ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2013/08/07_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.675/1.2013-08-07_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2013/08/07_Extraordinaria

  • Data(s) 2013-08-07 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e quince minutos do día sete de agosto do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo e D. Fernando Guitián Guitián. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Alberto Valverde Pérez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.21221.- MODIFICACIÓN DO ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA ESCOLA INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” A Escola Infantil “Príncipe Felipe” financiase coas tarifas establecidas a través do prezo público publicado no Boletín Oficial da Provincia número 41 de data 28 de febreiro de 2012, coa achega da Deputación de Pontevedra consistente nunha axuda por importe do 30% dos gastos de funcionamento da gardería e coas subvencións que concedía a Xunta de Galicia. A Escola Infantil Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra, como escola pública dependente dunha administración local, con xestión indirecta mediante concesión á empresa Chupetes Galicia, S.L., estábase acollendo a un réxime de prezos establecido na normativa autonómica para poder ser receptora de subvencións anuais. Esta proposta de modificación nace como consecuencia de que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia publicou o Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, non podendo acollerse a Deputación de Pontevedra a unha axuda destinada ó mantemento da escola infantil 0-3 “Príncipe Felipe”, xa que só se inclúen no ámbito de aplicación deste decreto os servizos sociais comunitarios de titularidade municipal, prestados ben directamente polos concellos, ou ben de xeito asociado, a través de mancomunidades de municipios nos que están integrados. Tendo en conta a falta de axudas da Xunta de Galicia para os gastos de mantemento da gardería, e para tratar de regularizar a situación financeira producida na empresa concesionaria, considérase adecuado efectuar un incremento lineal de 20,20 euros mensuais, en todos os importes por asistencia educativa en xornada completa para cada un dos tramos de rendas que figuran no anexo I do acordo regulador, quedando da seguinte forma: ANEXO I 1. Prezos pola asistencia educativa en xornada completa da Escola Infantil “Príncipe Felipe” 0-3 anos, importe mensual en euros Con servizo de comedor Sen servizo de comedor a) Rendas inferiores ó 30% do IPREM 20,20 € 20,20 € b) Rendas comprendidas entre o 30% e inferiores ó 50% do IPREM 36,70 € 20,20 € c) Rendas comprendidas entre o 50% e inferiores ó 75 % do IPREM 69,70 € 53,20 € d) Rendas comprendidas entre o 75% e inferiores ó 100% do IPREM 111,20 € 86,20 € e) Rendas comprendidas entre o 100% e inferiores ó 125% do IPREM 161,20 € 126,20 € f) Rendas comprendidas entre o 125% e inferiores ó 150% do IPREM 199,20 € 146,20 € g) Rendas comprendidas entre o 150% e o 200% do IPREM 219,20 € 159,20 € h) Rendas superiores ó 200% do IPREM 250,20 € 180,20 € Cando o alumno ou alumna teña solicitada e concedida unha praza en réxime de media xornada, o prezo da atención educativa reducirase no 50% do prezo que lle corresponda aboar de acordo coa renda per cápita da unidade familiar 2. Prezo por servizos complementarios: a)Servizo de comedor, por persoa e mes completo: Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, aplicaranse as reducións especificadas no número 3 do anexo. 70,00 € No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo por día: O prezo do comedor por días soltos non estará suxeito a ningunha redución. 4,00 € b) Horario ampliado (hora extraordinaria): 20,00 € Con carácter excepcional, pódese ampliar a xornada, sempre que se acredite a súa necesidade. O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario da atención educativa adxudicado ó usuario/usuaria: O prezo da hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución. 3. Descontos: Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o especificado no número 3 do anexo, aplicaranse os seguintes descontos non acumulables entre si: a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas: desconto dun 20% b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais: desconto dun 20% c) Cando asistan ó mesmo centro varios irmáns: o segundo e sucesivos, 20% O custo de prestación do servizo é superior ó rendemento da aplicación das tarifas, non obstante e de conformidade co artigo 44. 2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, existen razóns de carácter social que xustifican e permiten que se aproben unhas tarifas cuxo rendemento non cubra o custo da súa prestación. A Xunta de Goberno, de conformidade co ditame da comisión Informativa de Economía Facenda e turismo acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a modificación do acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan na Escola Infantil “Príncipe Felipe”. Esta modificación afecta ó anexo I de dito acordo no que se efectúa un incremento lineal de 20,20 euros mensuais, en todos os importes por asistencia educativa en xornada completa para cada un dos tramos de rendas, quedando da seguinte forma: ANEXO I 1. Prezos pola asistencia educativa en xornada completa da Escola Infantil “Príncipe Felipe” 0-3 anos, importe mensual en euros Con servizo de comedor Sen servizo de comedor a) Rendas inferiores ó 30% do IPREM 20,20 € 20,20 € b) Rendas comprendidas entre o 30% e inferiores ó 50% do IPREM 36,70 € 20,20 € c) Rendas comprendidas entre o 50% e inferiores ó 75 % do IPREM 69,70 € 53,20 € d) Rendas comprendidas entre o 75% e inferiores ó 100% do IPREM 111,20 € 86,20 € e) Rendas comprendidas entre o 100% e inferiores ó 125% do IPREM 161,20 € 126,20 € f) Rendas comprendidas entre o 125% e inferiores ó 150% do IPREM 199,20 € 146,20 € g) Rendas comprendidas entre o 150% e o 200% do IPREM 219,20 € 159,20 € h) Rendas superiores ó 200% do IPREM 250,20 € 180,20 € Cando o alumno ou alumna teña solicitada e concedida unha praza en réxime de media xornada, o prezo da atención educativa reducirase no 50% do prezo que lle corresponda aboar de acordo coa renda per cápita da unidade familiar 2. Prezo por servizos complementarios: a)Servizo de comedor, por persoa e mes completo: Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, aplicaranse as reducións especificadas no número 3 do anexo. 70,00 € No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto, o prezo por día: O prezo do comedor por días soltos non estará suxeito a ningunha redución. 4,00 € b) Horario ampliado (hora extraordinaria): 20,00 € Con carácter excepcional, pódese ampliar a xornada, sempre que se acredite a súa necesidade. O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario da atención educativa adxudicado ó usuario/usuaria: O prezo da hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución. 3. Descontos: Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o especificado no número 3 do anexo, aplicaranse os seguintes descontos non acumulables entre si: a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas: desconto dun 20% b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais: desconto dun 20% c) Cando asistan ó mesmo centro varios irmáns: o segundo e sucesivos, 20% 2. Esta modificación das tarifas do acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan na Escola Infantil “Príncipe Felipe” publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de setembro de 2013. 2.21222.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL NO MARCO DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA, CONVOCATORIA 2013 Aprobadas as Bases Reguladoras da Convocatoria 2013, de Subvencións dirixidas ás Entidades de Iniciativa Social no marco da Prestación dos Servizos Sociais de Atención Especializada, publicadas no BOP nº 22 de 31 de xaneiro de 2013, e rematado o prazo de presentación de solicitudes o 8 de marzo, concorreron 136 solicitudes, das que 119 foron presentadas en tempo e forma, 17 se desestiman por non reunir os requisitos establecidos nas Bases, e 3 delas por concorrer fóra de prazo, polo que á vista do informe fiscalización do de 2013, emitido polo Servizo de Intervención; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión das Subvencións dirixidas ás Entidades Sociais no marco dos Servizos Sociais de Atención Especializada, a favor de 119 Asociacións e Fundacións, por importe global de 470.548,00 €, e con cargo á Aplicación Orzamentaria 13/232.233.480.02, do vixente Orzamento Provincial e desestimar un total de 17 solicitudes, por non reunir os requisitos establecidos na Convocatoria. O listado de subvencións é o que segue: 3.21223.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA: CREACIÓN DE PARQUES INFANTÍS NAS PARROQUIAS DE BORBÉN, MOSCOSO E XUNQUEIRAS (Nº 2013004891), INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN 2012 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención, con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa, e a tramitación do correspondente procedemento de contratación da obra núm. 2013004891, denominada “Creación de parques infantís nas parroquias de Borbén, Moscoso e Xunqueiras”, dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - CONCEDER ó Concello de Pazos de Borbén con CIF núm. P3603700J, a cantidade de cento dez mil setecentos vinte e un euros con cincuenta e sete céntimos (110.721,57 €), para a realización do investimento núm. 2013004891, denominado “Creación de parques infantís nas parroquias de Borbén, Moscoso e Xunqueiras”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 13/942.942.652.45.2012 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2013, na que existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. - INICIAR o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 4.21224.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SOUTOMAIOR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA: REFORMA E ALUMEADO DO CAMPO DE FÚTBOL DE SALGUEIRÓN-ARCADE (Nº2013004890), INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN 2012 Retírase da orde do día expte. relativo á “Concesión de Subvención ó Concello de Soutomaior para a realización da obra: Reforma e alumeado do campo de fútbol de Salgueirón-Arcade (nº2013004890), incluída no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación 2012. 5.21225.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA: PROLONGACIÓN PASEO MARÍTIMO EN ARCADE (Nº2012000498), INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN 2012 Á vista da modificación solicitada polo Concello de Soutomaior, CIF núm. P36005300G, da subvención concedida por acordo da Xunta de Goberno na súa sesión celebrada o día 05/12/2012 para financiar o investimento núm. 2012000498, denominado “Prolongación paseo marítimo en Arcade”, incluído no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación 2012 (PIDGC-2012), e dos informes favorables da xefa do Servizo de Cooperación e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto modificado do investimento núm. 2012000498, denominado “Prolongación paseo marítimo en Arcade”, incluído no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación 2012 (PIDGC-2012), xa que non supón unha variación dos importes totais do proxecto e da subvención, nin se prexudican dereitos de terceiros. 6.21226.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS 2013” Mediante acordo da Xunta de Goberno de data 26 de abril de 2013, aprobouse o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da xestión e organización do programa “Ti tamén contas 2013”. O contrato comprende a impartición dos cursos que se detallan no catálogo de cursos incluído no prego técnico, englobados nas seguintes áreas: • Desenvolvemento persoal e saúde. • Arte e manualidades. • Cultura e cultura tradicional. • Informática. • Informativa. • Discapacidade. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar estes, dividiuse o contrato en dous lotes que se corresponden coas seguintes zonas de actuación: • Lote 1, correspondente ás bisbarras de Pontevedra, Caldas, Salnés, Morrazo, Deza e Tabeirós. • Lote 2, correspondente ás bisbarras de Vigo, Paradanta e Baixo Miño. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 87 de data 07 de maio de 2013. Resultando que a cualificación da documentación xeral se efectuou o día 24 de maio de 2013, para cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 28 de maio de 2013, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados por estas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que, con data 11 de xuño de 2013, por Servizos Sociais e Promoción de Emprego, se emite informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 17 de xuño de 2013, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos sobres “C”, presentados por estas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: EMPRESA PUNTUACIÓN SOBRE B (lote 1 e 2) PUNTUACIÓN SOBRE C (lote 1 e 2) PUNTUACION TOTAL (lote 1 e 2) Formagal, Formación y Servicios, SL 45 41,938 86,938 Estratexia Plus, SL 44 28,403 72,403 Xestión Cultural Aurea, SL 31 50 81,000 Resultando que, tras o exame das ofertas presentadas polas empresas Formagal, Formación y Servicios, S.L.. e Xestión Cultural Aurea S.L. ós dous lotes, se observa que, de conformidade co establecido no prego de condicións económico-administrativas que rexe o procedemento, estas presentan uns valores anormais ou desproporcionados no referente ós prezos ofertados para cada un dos lotes, polo que, mediante escrito do 18 de xuño de 2013 se lles require ás dúas que obtiveron unha maior puntuación, para que no prazo improrrogable de tres días hábiles xustifiquen as ofertas presentadas. Resultando que transcorrido o prazo sen que a empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. presente xustificación e tras o exame da documentación xustificativa achegada pola empresa Xestión Cultural Aurea, S.L., a traballadora social responsable do programa considera aceptable a xustificación presentada pola empresa. Resultando que, á vista das puntuacións totais obtidas e do exposto anteriormente e mediante Resolución Presidencial de data 12 de xullo de 2013, se requiriu á empresa Xestión Cultural Aurea, S.L. (CIF B-36.394.203), para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que tivese recibido este requirimento, presenten a documentación xustificativa de acharse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se tivese comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, de acordo co disposto no art. 151 do TRLCSP. Resultando que a empresa Xestión Cultural Aurea, S.L. (CIF B-36.394.203), presentou a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución dunha garantía definitiva por importe de 5.355,37 €, equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, correspondente ós dous lotes. Por todo iso, unha vez cumpridos os trámites esixidos no artigo 151 do TRLCSP, procede adxudicar a organización e impartición das actividades formativas do programa social “Ti tamén contas 2013” dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Xestión Cultural Aurea, S.L. (CIF B-36.394.203), a organización e impartición das actividades formativas do programa social “Ti tamén contas 2013”, correspondentes ós dous lotes, polo seguinte prezo ofertado por curso: Prezo sen IVE 650,00 € IVE 136,50 € Total 786,50 € O financiamento do contrato efectuarase de acordo coa seguinte distribución: Os participantes aboarán a cantidade de 6 euros por cada un dos cursos en que participen. A devandita cantidade será recadada pola empresa adxudicataria antes do comezo de cada curso, non sendo en ningún caso responsable a Deputación do aboamento de dita cantidade. A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade restante do contrato por importe máximo de 129.600,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 13/232.230.227.07 do vixente orzamento provincial. 7.21227.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI 2013 Mediante acordo da Xunta de Goberno de data 26 de abril de 2013, aprobouse o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto da xestión e organización do programa “Pensa en ti 2013”. O contrato comprende a impartición dos cursos que se detallan no catálogo de cursos incluído no prego técnico, englobados nas seguintes áreas: • Arte, manualidades e bricolaxe. • Cociña. • Agricultura e elaboración artesanal. • Desenvolvemento persoal. • Saúde física e mental. • Cultura tradicional, música e baile. • Formación para a igualdade entre homes e mulleres. • Desenvolvemento profesional. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar estes, dividiuse o contrato en cinco lotes que se corresponden coas seguintes zonas de actuación: • Lote 1, correspondente ás bisbarras do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Vigo sur. • Lote 2, correspondente ás zonas de Vigo Norte e Centro, e o Morrazo. • Lote 3, correspondente á zona de Tabeirós e Deza. • Lote 4, correspondente á zona de Pontevedra e Caldas. • Lote 5 ,correspondente á zona do Salnés. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 87 de data 7 de maio de 2013. Resultando que a cualificación da documentación xeral se efectuou o día 24 de maio de 2013, para cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, resultando admitidas as seguintes empresas: Lotes 1, 2, 3, 4 e 5: -Ana María Carballal Martínez -Xestión Cultural Aurea, SL -Estratexia Plus, SL -Formagal, Formación y Servicios, SL Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 28 de maio de 2013, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura os sobres “B” presentados por estas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que en data 12 de xuño de 2013, se emite por Servizos Sociais e Promoción de Emprego informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 17 de xuño de 2013, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos sobres “C”, presentados por estas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados, para cada un dos lotes incluídos no contrato: Lotes 1 al 5 LICITADOR Puntuación sobre B Puntuación sobre C Puntuación total Estratexia Plus SL 44 28,557 72,557 Formagal Formación y Servicios SL 45 37,897 82,897 Xestión Cultural Aurea SL 31 50 81,000 Ana María Carballal Martínez 17 No supera corte sobre B Resultando que, tras o exame das ofertas presentadas polas empresas Formagal, Formación y Servicios, S.L. e Xestión Cultural Aurea, S.L., se observa que, de conformidade co establecido no prego de condicións económico-administrativas que rexe o procedemento, estas presentan uns valores anormais ou desproporcionados no referente ós prezos ofertados para cada un dos lotes, polo que, mediante escrito do 18 de xuño de 2013 se lles require, para que no prazo de tres días hábiles xustifiquen as ofertas presentadas. Resultando que tras o exame da documentación xustificativa achegada polas empresas Formagal, Formación y Servicios, S.L. e Xestión Cultural Aurea, S.L., a traballadora social responsable do programa considera viable as propostas presentadas polas empresas. Resultando que, á vista das puntuacións totais obtidas e do exposto anteriormente e mediante Resolución Presidencial de data 12 de xullo de 2013, se requiriu á empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. (CIF B-36.477.677), para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que tivese recibido este requirimento, presenten a documentación xustificativa de acharse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se tivese comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, de acordo co disposto no art. 151 do TRLCSP. Resultando que a empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. (CIFB-36.477.677), presentou a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución dunha garantía definitiva por importe de 15.842,98 €, equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, correspondente ós cinco lotes. Por todo iso, unha vez cumpridos os trámites esixidos no artigo 151 do TRLCSP, procede adxudicar a organización e impartición das actividades formativas do programa social “Pensa en ti 2013” dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. (CIF B-36.477.677), a organización e impartición das actividades formativas do programa social “Pensa en ti 2013”, correspondentes ós cinco lotes, polo seguinte prezo ofertado por curso: Prezo sen IVE 734,00 € IVE 154,14 € Total 888,14 € O financiamento do contrato efectuarase de acordo coa seguinte distribución: Os participantes aboarán a cantidade de 6 euros por cada un dos cursos en que participen. A devandita cantidade será recadada pola empresa adxudicataria antes do comezo de cada curso, non sendo en ningún caso responsable a Deputación do aboamento da devandita cantidade. A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade restante do contrato por importe máximo de 383.400,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 13/232.230.227.07 do vixente orzamento provincial. 8.21228.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA E.P. 8501 VALGA-MARTORES, PK 0+000 A 1+040 (VALGA) A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión do 15/03/13 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do contrato da obra “mellora da seguridade vial na E.P. 8501 Valga-Martores, PK 0+000 a 1+040 (Valga)” por importe de 309.917,35 € máis a cantidade de 65.082,65 € correspondente ó I.V.E., o que fai un importe total de 375.000,00 €. Resultando que o 17/04/2013 constituíuse a Mesa de Contratación do citado procedemento de contratación, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre “A”) admitíndose a todas as empresas presentadas. Resultando que o 22/04/2013, este mesmo órgano, en acto público, anunciou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de Contratos do Sector Público. Resultando que o 26/07/2013 a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións relativo á documentación técnica presentada polos licitadores, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que, unha vez valoradas as propostas dos licitadores atendendo ós criterios de adxudicación sinalados no prego, clasificáronse por orde decrecente en función da puntuación obtida tal e como se establece a continuación: Resultando que a proposta máis vantaxosa foi a presentada pola empresa Construcciones, Obras y Viales S.A. (CIF. A-36008886), dado que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu o procedemento aberto para esta contratación. Resultando que, mediante Resolución Presidencial nº 2013016012 de data 30/07/2013 requiriuse á referida empresa para que, segundo o establecido no artigo 151 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (en adiante TRLCSP), presentase, dentro do prazo de dez días hábiles a contar dende o seguinte a aquel no que recibira o requirimento, a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometera a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE (12.980,89 €), así como proceder ó ingreso, na Tesourería da Deputación Provincial da cantidade de 97,65 €, correspondente á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. Resultando que a empresa Construcciones, Obras y Viales S.A., atendendo ó requirimento, presentou a documentación solicitada, e acreditou o depósito da garantía definitiva mediante carta de pago nº 201300096988, de data 31-07-2013, por importe de 12.980,81 €, así como o ingreso de 97,65 € correspondentes á publicación do anuncio do procedemento no BOP. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais e o establecido nas Bases de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se podan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Construcciones, Obras y Viales S.A. (CIF. A-36008886) o contrato para a execución da obra “mellora da seguridade vial na E.P. 8501 Valga-Martores, PK 0+000 a 1+040 (Valga)”, de acordo ó seguinte detalle: Importe, sen IVE 259.617,77 € IVE 54.519,73 € Importe total 314.137,50 € Prazo de execución 5 meses Melloras ofertadas 53.231,42 € destinados a melloras: • 1.000 m3 de aumento do terraplen con material seleccionado de achega en tongadas de 50 cm estendido, humectación, compactación, perfilado de taludes e rasante da superficie de coronación, 8.700€/m3: 8.760,00 € • 443,90 m3 subbase de material granular procedente de reciclado de pavimento asfáltico subministrado, estendido e compactado, 11 €/m3: 4.882,90 € • 500 m3 recheo de trasdós de muros con material filtrante, incluso compactación totalmente rematado, 18,850 €/m3: 9.425,00 € • 532,680 T. formigón bituminoso en quente AC-16- surf-50/70-D en capa de rodadura fabricado, posto en obra e compactado, i/filler de achega e betún. 54€/T.: 28.942,52 € • 2,22 T. emulsión asfáltica ECR-1d termoadherente modificada con látex, empregada en riscos de adherencia, incluso varrido e preparación da superficie. 550 €/T: 1.221,00 € Porcentaxe de control de calidade 3% 2.- Dito importe librarase no seu día da seguinte forma: ANUALIDADE APLICACIÓN IMPORTE 2013 13/456.453.612.02 314.137,50 € 9.21229.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS a) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 6 de agosto de 2013, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201300001605 e que contén unha factura, correspondente a Ente Público Augas de Galicia, por importe de 525,25 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 525,25 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos de Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 525,25 € b) Dada conta da solicitude de aboo da factura nº FV13/018 emitida pola empresa Indeza Edificación e Obra Civil, S.L (CIF.: B-36009785) e presentada polo concello de Moaña correspondente a execución do investimento núm. 2012000389 “Acondicionamento interior e urbanización do edificio destinado a gardería infantil” incluído no PID/12. Examinada a documentación xustificativa e vista a certificación do acordo da Xunta de Goberno do Concello de Moaña, de data 12 de xullo de 2013, mediante a cal se solicita á Deputación que con cargo á subvención concedida ó citado concello no PID/12, proceda directamente ó pago da cantidade adebedada, que importa a 109.000,00 euros, á empresa que executou o investimento arriba referido. Visto o informe favorable do Director de infraestruturas da Deputación no relativo á supervisión da execución das obras e do expediente de xustificación e visto o informe da intervención, de data 6 de agosto de 2012, no que se manifesta a conformidade a pretensión formulada polo Concello de Moaña, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade por unanimidade: Recoñecer a obriga seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, e declarar o pagamento a favor da empresa Indeza Edificación e Obra Civil, S.L (CIF.: B-36009785) do importe de cento nove mil euros (109.000,00€) pola realización do investimento núm. 2012000389 “Acondicionamento interior e urbanización do edificio destinado a gardería infantil” incluído no PID/12. Este libramento farase contra a subvención concedida ó Concello de Moaña no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación 2012, aplicación 13/942.942.762.00.2012 na que existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. 10.21230.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada de: Escrito do Xefe da Estación Fitopatolóxica do Areeiro de data 24/07/2013 (Rex. saída núm. 12190 de 2 de agosto de 2013), dando conta do artigo titulado “Diferenciación entre Scaphoideus titanus Ball, vector de la Flavescencia Dorada de la vid, y una especie próxima, Osbornellus horvathi (Matsumura), recientemente encontrada en España (Hemiptera, Cicadellidae) e publicado no Boletín de Sanidad Vegetal, volume 38-nº2, 2012. 11.21231.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición