ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2013/12/13_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.676/1.2013-12-13_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2013/12/13_Ordinaria

  • Data(s) 2013-12-13 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e dez minutos do día trece de decembro do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.21625.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das sesións ordinarias dos días 29 de novembro e 9 de decembro do ano 2013, respectivamente. 2.21626.- DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA CELESTE FORGIARINI FERNÁNDEZ POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 1303 PORTELA-BANDA DO RÍO (CONCELLO DE BUEU) Dada conta que con data de rexistro 26/03/13 (Rex. núm. 021232) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por Dona María Celeste Forgiarini Fernández, con enderezo a efectos de notificación na rúa Cristino Álvarez, 1-3ª planta de A Coruña, por danos en vehículo producidos a consecuencia da existencia dun socavo na E.P. 1303 Portela-Banda do Río no Concello de Bueu o día 14/06/12 e que individualizou economicamente en 135,70 €. Resultando.- Que con data 16/07/13 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas da Deputación, que o emitiu en data 23/07/13 co seguinte contido: “Primero.- La E.P. 1303 a Portela-Banda do Río, está incluida dentro de la red de carreteras provinciales. Segundo.- Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros anteriores o posteriores al referenciado. Tercero.- No se estaban llevando a cabo obras en el tramo de la carretera señalado como lugar del siniestro en la fecha referenciada, y, por tanto, no consta en este Servicio la presencia de señalización al respecto. Según informe del ingeniero de zona y vigilante que se desplaza al lugar don el objeto de verificar información de la reclamación, en el p.k. 0+800, donde al parecer se produce el accidente, se sitúa un colector de abastecimiento de la red municipal. Este colector tiene una antigüedad considerable por lo que, con cierta frecuencia, provoca roturas a lo largo del tramo que dan lugar a la presencia de baches, si bien estos son de escasas dimensiones y no parece que puedan provocar daños, sobre todo si se circula a la velocidad adecuada a las características de la vía, existe una prohibición de circular a más de 30 km/hora. Cuarto.- El colector mencionado, situado en la zona de influencia de la carretera provincial, al pertenecer a la red de abastecimiento del Concello de Bueu, como quiera que el servicio de saneamiento es de competencia municipal, de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 25.2.l) de la Ley 7/85, de 2 de abril, Reguladora de las Bases de Régimen Local, el Ayuntamiento de Bueu sería el responsable no sólo del mantenimiento del citado servicio sino también de los posibles daños que el mismo ocasione, salvo en el supuesto de existir un contrato de concesión administrativa de gestión del servicio público de saneamiento en cuyo caso la responsabilidad recaería sobre la empresa concesionaria (artigo 280.c) del Real Decreto Legislativo 3/2011, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contratos del Sector Público, concesión que en el caso del Ayuntamiento de Bueu ostenta la empresa Aqualia. Quinto.- Girada visita de inspección por parte de los técnicos del Servicio de Infraestructuras, se constata que la carretera en el tramo señalado, objeto de la presente reclamación se encuentra en buen estado sin presencia de baches. Resultando.- Que con data 30/07/13 solicitouse informe complementario ó Servizo de Infraestruturas, quen emitiu o mesmo na data 26/08/13 co seguinte contido: “…Primero. En contestación a su cuestión acerca de la existencia de solicitud para la realización de obras en la E.P. 1303 A Portela-Banda del Río, por parte de la empresa Aqualia, concesionaria del servicio de aguas en el concello de Bueu, una vez consultados los archivos del servicio de infraestructuras constan los siguientes permisos, que se adjuntan al presente informe, por orden cronológico en torno a la fecha señalada: Data 12/07/12. Informa Realización de reparación en red de abastecimiento municipal que discurre por la carretera Banda do Río-Alto da Portela. Data 13/07/12. Remite escrito relativo a daños causados en la EP-1303 Banda do Río-A Portela. La realización de varios cortes para reparación de fugas, debiendo fresar el carril afectado y 5 metros más a cada lado del corte longitudinal al eje de la carretera. Data 07/09/12. Solicita licencia para reparación de avería en la red de abastecimiento en barrio a Remorta, 13. Estrada E.P. 1303 Banda del Río-La Portela…” Resultando.- Que con datas 30/07/13 e 01/10/13 e con fundamento nos artigos 31.1 “b” e “c” e 79.1 da Lei 30/92, déuselle traslado da reclamación á empresa Aqualia Bueu para que puidera comparecer coma interesada, e facer as alegacións que tivera por convenientes, sen que ata a data de agora se recibira alegación algunha. Resultando.- Que a maior abundamento con data 31/10/13 publicouse no Boletín Oficial da Provincia anuncio polo que se lle confería a Aqualia Bueu un novo prazo de dez días, para que en virtude do artigo 31.1 apartados “b” e “c” da Lei 30/92 e o artigo 79.1 da mesma Lei, puidera comparecer coma interesada e facer as alegacións que tivera por convenientes, sen que unha vez transcorrido dito prazo fixera alegación algunha. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non pode a Deputación facerse cargo dos danos ocasionados aínda que sexa a titular do vieiro, toda vez que o obxecto da reclamación é a existencia dun socavo producido a consecuencia das obras de arranxo do colector de abastecemento da rede municipal que transcorre por esa estrada, que como di o informe do Servizo de Infraestruturas, ten unha antigüidade considerable e require de reparacións continuas. Proba delo son, por unha banda, os permisos solicitados pola empresa Aqualia para a realización de obras na citada estrada, e por outra, o recollido polo atestado instruído pola Policía Local de Bueu que di que a estrada presentaba varios socavos que foron sinalizados en días posteriores pola empresa concesionaria de auga Aqualia. Sobra dicir que segundo establece o artigo 25.2 letra “l”, parágrafo segundo, da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local, o servizo de saneamento é competencia municipal e que este, á súa vez, pode ser prestado a través dunha concesión por unha empresa xa que así se establece no artigo 280 c) en relación co 277.a) do R.d. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, que literalmente di: “…La contratación de la gestión de los servicios públicos podrá adoptar las siguientes modalidades : a) Concesión, por la que el empresario gestionará el servicio a su propio riesgo y ventura (…) El contratista estará sujeto al cumplimiento de las siguientes obligaciones: (….) c) Indemnizar los daños que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera el desarrollo del servicio, excepto cuando el daño sea producido por causas imputables a la Administración”. É por iso que no presente caso a responsabilidade recaería sobre a empresa concesionaria, concesión que no caso do Concello de Bueu obstenta Aqualia, o que implica a concorrencia dun terceiro que quebra a relación de causalidade respecto da Deputación. Por este motivo a reclamación debe ser rexeitada, xa que a mera titularidade dunha infraestrutura non converte ás Administracións en aseguradoras universais de tódolos riscos. Todo elo sen que isto presupoña prexulgamento da responsabilidade que, en todo caso e ó abeiro do artigo 1.902 do Código Civil, podería esixirse no eido da xurisdición civil á dita concesionaria ou, de ser o caso, na vía contencioso-administrativa ó concello titular do servizo adxudicado en concesión. Considerando.- Que a maior abundamento, como di o informe de infraestruturas a velocidade nese tramo esta limitada a 30 km/h e non se tivo constancia nesa data de accidentes acaecidos polas mesmas causas no devandito punto da E.P.1303, o que remite ó feito indubitado de que circulando á velocidade máxima permitida nese punto a entidade do socavo non era suficiente para producir ningún tipo de dano, incluso, no seu caso, non sería difícil deter o vehículo. Todo elo faría descansar o título de responsabilidade sequera de xeito concorrente, no condutor do vehículo, xa que segundo recolle o artigo 45 do R.d. 1428/03, de 21 de novembro, que aprobou o Regulamento Xeral de Circulación, “todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a las mismas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse”. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 3.21627.- DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JUAN CARLOS VILAR FERNÁNDEZ POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 7005 AGUIÓNS-SANTELES-SANTA CRISTINA DE VEA (CONCELLO DE A ESTRADA) Dada conta que con data de rexistro 28/05/13 (Rex. núm. 2013041316) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización subscrita por Don Juan Carlos Vilar Fernández, con enderezo a efectos de notificación na rúa Cristino Álvarez, 1-3ª planta no concello de A Coruña, por danos en vehículo producidos a consecuencia da caída dunha árbore na E.P. 7005 Aguións-Santeles - Santa Cristina de Vea no Concello de A Estrada o día 11/04/13 e que individualizou economicamente en 408,55 €. Resultando.- Que con data 01/08/13 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu na data 23/09/13 co seguinte contido: “1. El vial denominado E.P. 7005 Aguións- Santeles-Santa Cristina de Vea, está incluido en el Catálogo de Carreteras de la Diputación de Pontevedra. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras sí se tuvo constancia del accidente de referencia ya que, según se refleja en el parte de trabajo que se adjunta, a las 06:48 horas de la madrugada del día 11 de abril de 2013 se recibe una llamada del 112-SOS Galicia alertando de la caída de un árbol en el vial provincial de referencia. La brigada de guardia de la zona norte se desplaza desde el Parque de Codeseda hasta el lugar del siniestro y una vez allí, el tiempo estimado de llegada desde la recepción del aviso es de, aproximadamente, quince minutos, se encuentra con que el árbol caído ha sido retirado de la zona de circulación de la vía por los servicios de protección Civil. Se constata que la parte del árbol caída es la superior de la copa quedando el tronco en la finca de donde proviene. 3. Según informa el capataz en el momento del siniestro las condiciones atmosféricas eran muy adversas, con la presencia de un fuerte temporal con lluvia intensa, circunstancia recogida en el atestado levantado por la guardia civil. Derivada de esta circunstancia se producen varias incidencias ese mismo día de similares características que requieren la intervención de la brigada en la misma zona, de hecho se procedió a la retirada de otro árbol caído en ese tramo de vial. Esta última circunstancia, unida a que el árbol se encontraba frondoso y con numerosas hojas mojadas, es decir, con más peso, influyó de forma notable en la producción de un siniestro en el que se puede apreciar fuerza mayor. Además cabe resaltar que el árbol en cuestión no se encontraba seco ni deteriorado sino que presentaba un aspecto frondoso y en buen estado de conservación. 4. Sin perjuicio de lo dispuesto en el párrafo anterior también es preciso señalar que el árbol que provocó el accidente no se encontraba en zona de dominio público de la carretera (de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 30 de la Ley 4/1994, de 14 de septiembre, de Estradas de Galicia está integrada por los terrenos adquiridos por título legítimo - en este supuesto calzada y aceras- por la Administración titular de la carretera para la construcción de ésta y de sus elementos funcionales), sino que dicho árbol estaba ubicado en una propiedad privada situada en la margen izquierda del vial, en dirección a santa Cristina, y que una vez realizadas las gestiones oportunas en la Sede Electrónica del Catastro, se extraen los siguientes datos de la finca: Referencia catastral: 36017A099000400000KZ Propietario: Souto Calvelo, Jesús Domicilio Fiscal: Lg Toedo. A Estrada. 36682 5. Se adjuntan copias del parte de salida de la brigada referenciado, así como datos de la consulta del inmueble de donde procede el árbol que provoca el siniestro. Resultando.- Que mediante escritos de datas 07/10/13 e 06/11/13 e con fundamento no artigos 31.1 apartados “b” e “c” da Lei 30/92 e 79.1 requiríuselle a D. Jesús Souto Calvelo para que puidera comparecer coma interesado e facer as alegacións que tivera por convenientes, facendo constar as mesmas en escrito de data 25/11/13 co seguinte contido: “…Primero. En fecha 15 de noviembre de 2013 me han notificado un emplazamiento para alegaciones por 10 días en procedimiento de solicitud de indemnización por responsabilidad patrimonial por una caída de un árbol, el mismo ya que me lo habían notificado el pasado mes de octubre. Segundo. En la citada notificación se dice que el árbol que produjo los daños al caerse es de mi propiedad. Para nosotros esta notificación es la primera noticia que tenemos del citado accidente, por lo tanto solo podemos alegar nuestro total desconocimiento del asunto. También queremos dejar constancia que después de la primera notificación nos pusimos en contacto telefónico con la Asesoría Jurídica de esta Diputación, diciéndonos esta que en el citado asunto no se nos iba a atribuir ningún tipo de responsabilidad económica…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93, en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, xa que o accidente sería imputable a un evento de forza maior, caracterizado doutrinalmente polos elementos de externalidade e irresistibilidade en síntese de imprevisibilidade e inevitabilidade, circunstancia que queda acreditada polo bo estado de saúde da árbore, que non tronchou por patoloxía algunha, senón que presentaba un aspecto frondoso e en bo estado de conservación. Considerando.- Que a máis, os datos recollidos na estación meteorolóxica de Xesteiras en Cuntis os días 10/04/13 e 11/04/13, facilitados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e xuntados ó expediente, falan de refachos de vento de máis de 115km/hora e choivas de 56 l/m2, o que pon máis ás claras o temporal que se viviu eses días en Galicia. Considerando.- Que a maior abundamento, o atestado instruído pola Garda Civil, recolle que a estrada atopábase mollada e no momento do accidente caía unha chuvia forte e a visibilidade era reducida debido a factores atmosféricos, iso unido a que o accidente produciuse nunha zona boscosa, de terse adecuado a velocidade do vehículo ás circunstancias esixidas pola vía, o accidente podería non terse producido, o que fai descansar unha responsabilidade concorrente coa forza maior, no condutor do vehículo. Así, segundo recolle o artigo 45 do R.d. 1428/03, de 21 de novembro, que aprobou o Regulamento Xeral de Circulación, “todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a las mismas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse”. Considerando.- Que a xurisprudencia sentada polo T.S. en supostos similares, fai descansar o título de imputación da responsabilidade á Administración -entre outros motivos-, na inoperancia, inacción, renuencia ou retardo na limpeza da vía más aló dos 45-60 minutos a partir da chamada ou aviso para a súa limpeza, feito de modo real e probado, o que non se produce no presente suposto xa que os servizos de vixilancia e limpeza tardaron uns 15 minutos en chegar ó lugar do sinistro una vez foron alertados (véxase o informe do Servizo de Infraestruturas), podendo neste senso invocarse “ad exemplum” as seguintes sentenzas: Sentenza do TS Sala 3ª de 11/02/87; sentenza do TS Sala 3ª de 07/10/97; sentenza do TS Sala 6ª de 03/12/02; sentenza do TS Sala 3ª de 24/02/03 F.J.1º; sentenza do TS Sala 3ª de 11/12/07 F.J.2º; sentenza do TSXG do 24/12/03 F.J.5º; sentenza do TSXG do 27/12/07; sentenza do TSXG de 04/10/07; ditame do Consello de Estado de 26/04/07; Sentenza da sección 8ª da Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional de 23/06/98; do Xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra, sentenzas números 121/04; 20/07; 140/08; 114/09; 123/11; do Xulgado do concencioso-administrativo nº2 de Pontevedra, sentenzas números 170/04; 212/04; 2/05; 183/06; 74/09; 124/10; e do Xulgado do contencioso-administrativo nº3 de Pontevedra, sentenzas números 179/04 e 74/08, 250/13. Considerando.- A sentenzas 113/2012 ditada polo xulgado do contencioso-administrativo nº2 de Pontevedra e a 213/2012 ditada polo xulgado do contencioso-administrativo nº3 de Pontevedra ambas sobre supostos con identidade de razón (caída de árbore na estrada) eximiron de toda responsabilidade a esta Deputación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a solicitude. 4.21628.- MODIFICACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA DE 424 BOLSAS DE PRÁCTICAS LABORAIS EN EMPRESAS PRIVADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA CON RESPECTO Á ADXUDICACIÓN DAS BOLSAS EN CASO DE EMPATE O 30 de outubro de 2013 publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra as bases para a convocatoria de 424 bolsas de prácticas laborais en empresas privadas desta provincia. Dentro da base sétima “Selección dos bolseiros”, no punto catro, dise o seguinte: “En caso de empate nas puntuacións dos aspirantes, a orde de prelación determinarase pola maior puntuación alcanzada na nota media global do expediente académico.” Á vista dos casos que se están suscitando de solicitantes que contan coa mesma puntuación, e a imposibilidade de resolver o empate co criterio único que aparece nas bases, arriba mencionado, e con fundamento no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que permite a rectificación en calquera momento, de oficio, ou a instancia do interesado, dos erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aplicación dos sistemas seguintes de xeito subsidiario e por esta orde: - Si trala observancia do criterio da nota media do expediente académico persistise o empate, atenderase á puntuación total outorgada na fase de baremo de méritos. - Si malia o anterior continuase o empate o sistema que se levará a cabo será o do sorteo. 5.21629.- COMUNICACIÓNS Non houbo FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.21630.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto a proposta que formula a Intervención desta Deputación, de data 12 de decembro de 2013, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201300002811 e que contén corenta facturas, sendo a primeira de Gasóleos Rías Baixas, S.L. (Grupo Gasóleos Xeve), por importe de 155,54 €, e a derradeira de Baygar, S.L., por importe 2.621,56 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 10.121,39 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 2.125,47 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 12.246,86 € 7.21631.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS DE OBRAS DE CONTRATACIÓN Visto o informe emitido por Intervención en data 9/12/2013, correspondente á certificación que se relaciona posteriormente, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno ás aprobacións das facturas requiren seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obrigas: A certificación nº 1-final, da empresa Oreco S.A. (CIF A-36614691) por importe de douscentos corenta e dous mil euros (242.000,00 €) correspondente á obra “Obras de estanqueidade do tonel da Pousada de Meaño”, con arranxo ó seguinte detalle: Oreco S.A. (CIF A-36614691 242.000,00€ Subtotal 242.000,00€ Taxa dirección de obra (4%) 6.722,69€ Control de calidade (1%) 1.680,67€ Seguridade e saúde (0,5%) 840,34€ Total descontos 9.243,70€ Importe líquido a percibir pola empresa 232.756,30€ O pago da certificación realizarase con cargo á aplicación: 13/433.430.622.01 8.21632.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE REDONDELA PARA LEVAR A CABO AS OBRAS DE “ENSANCHE E.P. 2906 OS VALOS-GUIZÁN, P.K. 1+140 O 2+620, REDONDELA” Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Con tal motivo preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Redondela para levar a cabo as obras de “Ensanche E.P. 2906 Os Valos – Guizán, P.K. 1+140 ó 2+620, Redondela”. O custo total do convenio ascende á cantidade dun millón trinta e cinco mil seiscentos cincuenta e catro euros con dezasete céntimos (1.035.654,17 €), incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, correspondendo achegar á Deputación provincial 835.654,17 € e ó Concello de Redondela a cantidade de 200.000,00 €. Polo Secretario emítese informe favorable do proxecto do convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe no que se participa que existe crédito suficiente para facer fronte á achega da Deputación na aplicación 13/456.453.612.02 do vixente orzamento provincial. A cantidade a achegar polo Concello de Redondela, que é un ingreso de dereito público, xerará crédito na aplicación 456.453.612.02. Por todo o exposto, e visto o informe de intervención, de data 12 de decembro de 2013, e sendo a Xunta de Goberno o órgano competente para aprobar o presente convenio en aplicación da base 16.2 das aprobadas para a execución do orzamento, acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Redondela para levar a cabo as obras de “Ensanche E.P. 2906 Os Valos – Guizán, P.K. 1+140 ó 2+620, Redondela”. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE REDONDELA PARA LEVAR A CABO AS OBRAS DE “ENSANCHE E.P. 2906 OS VALOS – GUIZÁN, P.K. 1+140 Ó 2+620, REDONDELA” No Pazo Provincial, a … de novembro de 2013 REUNIDOS O Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. Javier Bas Corugeira, Alcalde-Presidente do Concello de Redondela, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- A Deputación de Pontevedra é titular da E.P. 2906 Os Valos – Guizán que transcorre polo concello de Redondela. Un tramo desta estrada, o comprendido entre o P.K. 1+140 e o P.K. 2+620, ten practicamente características de urbano polas moitas vivendas existentes a ambos lados da mesma. O tráfico de vehículos é moi importante, e ó non dispor de beirarrúas e ser demasiado estreita nalgúns puntos é polo que a seguridade vial non é a máis adecuada para os peóns, que deben camiñar pola beiravía coa conseguinte perigosidade, estando ademais o firme moi deteriorado. Preténdese, pois, reparar este tramo coa finalidade dunha parte de conseguir unha maior seguridade vial, e doutro dotalo dos servizos de recollida de augas pluviais, tubería de abastecemento de augas, rede de alumeado, distribución de enerxía eléctrica e telecomunicacións, etc. II.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. III.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. IV.-Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- OBXECTO O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Redondela é a realización das obras “Ensanche E.P. 2906 Os Valos – Guizán, P.K. 1+140 á 2+620, Redondela”. SEGUNDA.- IMPORTE O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade total dun millón trinta e cinco mil seiscentos cincuenta e catro euros con dezasete céntimos (1.035.654,17 €) e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde. O proxecto para a execución desta obra redactouse polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, D. Javier Carballo Núñez, e achegado polo concello de Redondela. Foi, así mesmo, supervisado polo Director de Infraestruturas da Deputación. TERCEIRA.- FINANCIAMENTO Os investimentos necesarios para a realización das obras serán financiados pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Redondela mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: Entidade Achega 2013 Deputación provincial 835.654,17 € Concello de Redondela 200.000,00 € Total 1.035.654,17 € O proxecto será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 13/456.453.612.02 do vixente orzamento provincial. A cantidade a achegar polo Concello de Redondela, que é un ingreso de dereito público, xerará crédito na aplicación 456.453.612.02, debendo ser ingresada á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación correspondente. Esta cantidade será destinada a cofinanciar as redes de saneamento e abastecemento. No caso de falta de ingreso desta cantidade ou incumprimento de aportar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. CUARTA.- OBRIGAS DAS PARTES 4.1.- Obrigas do Concello de Redondela: a) Porá a disposición da Deputación os terreos necesarios para a execución das obras. b) Outorgar a correspondentes licenza municipal se fora precisa, así como a obtención das licencias e autorizacións de outros Organismos que foran necesarias. c) Ingresar en arcas provinciais a cantidade de 200.000,00 €, que serán destinadas a cofinanciar as redes de saneamento e abastecemento, unha vez que se proceda á sinatura do convenio, e en todo caso, antes de proceder á licitación das obras. d) O Concello comprométese ó mantemento das beirarrúas e dos distintos servizos obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. e) Dará a adecuada publicidade da subvención concedida en todos os ámbitos de actuación deste convenio. 4.2.- Obrigas da Deputación Provincial de Pontevedra: a) Achegar a cantidade de 835.654,17 € con cargo á aplicación orzamentaria 13/456.453.612.02 do vixente orzamento provincial. b) Proceder á contratación, licitación, adxudicación e dirección das obras recollidas na cláusula primeira, podendo o concello nomear un técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. QUINTA.- MODIFICACIÓNS NO PROXECTO Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación dos proxectos, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción. SEXTA.- COMISIÓN DE SEGUEMENTO E CONTROL Para o seguemento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen, e un Técnico de cada entidade. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. SÉTIMA.- ENTRADA EN VIGOR O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31/12/2015. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes, no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. OITAVA.- CAUSAS DE RESOLUCIÓN Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. NOVENA.- NATUREZA DO CONTRATO O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, o RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polas restantes normas de dereito administrativo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Redondela, Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. D. Javier Bas Corugeira” 9.21633.- AMPLIACIÓN DUN LOTE DE SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAIS DO PROCEDEMENTO ABERTO DO ANO 2013 O Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, mediante escrito de data 3 de decembro de 2013, propón que se autorice a ampliación dun lote de subministración de materiais do procedemento aberto do ano 2013. O motivo para ampliar os lotes débese a que se están esgotando as cantidades adxudicadas no seu día e necesítase dispor dos subministros necesarios para poder continuar efectuando os traballos que se lle demandan ó Parque de Maquinaria durante o ano en curso. Resultando que por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, adoptado na sesión do día 14 de decembro de 2012, aprobouse o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do aluguer de 51 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e de 27 lotes de subministración de materiais para o ano 2013, por un importe global de 3.573.050,00 €, IVE incluído. Resultando que nos pregos que rexeron este procedemento, que os lotes podían ser ampliados sempre que exista proposta razoada do Xefe do Parque de Maquinaria, consignación no orzamento do exercicio de 2013 e informe favorable de Intervención, previa autorización do órgano de contratación, mantendo o prezo de adxudicación do procedemento aberto. Resultando que por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, adoptado na sesión do día 31 de maio de 2013, adxudicouse o contrato de aluguer de 51 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e de 27 lotes de subministración de materiais para o ano 2013. Resultando que para facer fronte ó pagamento da ampliación do lote de subministración de materiais do procedemento aberto convocado para o ano 2013, polo Servizo de Intervención con data 4 de decembro de 2013 foi expedido documento RC, número de operación 201300160696, certificando a existencia de crédito dispoñible por importe global de 29.715,00 €, para facer fronte ós gastos indicados, con cargo ás aplicacións orzamentarias 456.453.210.00, 456.453.210.01 e 456.454.210.02, do vixente Orzamento Provincial. Resultando que se emite informe de intervención ó respecto en data 11 de decembro de 2013. Considerando que o artigo 296 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, permite a ampliación do lote ó estar previsto nos pregos e non modificar o prezo de adxudicación do contrato inicial e que a Xunta de Goberno é o órgano competente para autorizar a ampliación deste lote de subministración de materiais do ano 2013, ó ser o órgano que adxudicou o procedemento aberto de referencia. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. A ampliación do lote de subministración de materiais que a continuación se relacionan, correspondentes ó procedemento aberto do ano 2013 e que foron adxudicados pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 31 de maio de 2013, polas seguintes cantidades e as empresas que se indican: Subministro de materiais: Lote nº72 3.500 tm zahorra (za-0/40) A 8,49 €/Tm 29.715,00 € Triturados do Saiar,S.L. (B-36.435.170) 2. Aprobar o gasto por importe global de 29.715,00 € para facer fronte á ampliación do lote relacionado no parágrafo anterior, con cargo á vinculación xurídica das aplicacións orzamentarias 456.453.210.00, 456.453.210.01 e 456.454.210.02, do vixente Orzamento Provincial. 10.21634.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO NÚMERO 45/13 A Xefa de Servizo de Recursos Humanos e Formación mediante escrito de data 11 de decembro de 2013 pon de manifesto que se previu realizar unha ampliación no número de bolsas destinadas ó Plan de práctica laboral 2013 en empresas do sector privado da provincia de Pontevedra. Por iso propón a incoación dun expediente de transferencia de créditos nas aplicacións orzamentarias e polos importes seguintes: Aplicación que minora crédito Importe Aplicación que incrementa crédito 13/232.232.160.00 200.000,00 € 13/921.241.481.47 13/456.450.160.00 150.000,00 € 13/921.241.481.47 13/232.232.121.00 100.000,00 € 13/921.241.481.47 13/232.232.121.01 50.000,00 € 13/921.241.481.47 13/232.232.121.01 23.000,00 € 13/921.241.160.47 Total 523.000,00 € Visto o informe de Intervención, de data 11 de decembro de 2013, no que se deixa constancia de que a proposta que efectúa a responsable do centro xestor cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable e se razoan suficientemente as variacións de crédito. Visto así mesmo que nas aplicacións orzamentarias cuxos créditos se minoran se expediron os correspondentes documentos RC, con números de operación 201300163520, 201300163519, 201300163518, 201300163517 e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de crédito de persoal pertencente a distintos centros xestores (Base 10ª apdo. 3.d). A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª apartado 3.d correspondente á execución do vixente orzamento provincial, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 45/13 por importe total de 523.000,00 euros, incoado pola Xefa de Servizo de Recursos Humanos e Formación, minorando crédito nos importes e nas aplicacións orzamentarias que se indican e incrementando crédito polos importes e nas aplicacións orzamentarias que se detallan a continuación: DETALLE DAS TRANSFERENCIAS Partidas a minorar: Código Denominación Importe 13/232.232.160.00 Seguridade Social, persoal funcionario. CIPF 200.000,00 € 13/456.450.160.00 Seguridade Social, persoal funcionario- Infraestruturas 150.000,00 € 13/232.232.121.00 Complemento específico-CIPF 100.000,00 € 13/232.232.121.01 Complemento destino CIPF 73.000,00 € TOTAL 523.000,00 € Partidas a incrementar: Código Denominación Importe 13/921.241.481.47 Bolsas-Plan de Emprego empresarial 500.000,00 € 13/921.241.160.47 Seguridade Social bolseiros-Plan Emprego empresarial 23.000,00 € TOTAL 523.000,00 € 11.21635.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO NÚMERO 47/13 A Xefa de Servizo de Recursos Humanos e Formación mediante escrito de data 12 de decembro de 2013 pon de manifesto que se previu realizar unha ampliación no número de bolsas destinadas ó plan de práctica laboral 2013 en empresas do sector privado da provincia de Pontevedra. Por iso propón a incoación dun expediente de transferencia de créditos nas aplicacións orzamentarias e polos importes seguintes: Aplicación que minora crédito Importe Aplicación que incrementa crédito 13/456.450.121.01 190.000,00 € 13/921.241.481.47 13/456.450.121.00 9.000,00 € 13/921.241.160.47 TOTAL 199.000,00 € Visto o informe de Intervención, de data 13 de decembro de 2013, se deixa constancia de no que a proposta que efectúa a responsable do centro xestor cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable e se razoa suficientemente as variacións de crédito. Visto así mesmo que nas aplicacións orzamentarias cuxos créditos se minoran se expediron os correspondentes documentos RC, e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de crédito de persoal pertencente a distintos centros xestores (Basee 10ªapdo. 3.d). A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª apartado 3.d correspondente á execución do vixente orzamento provincial, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 47/13 por importe total de 199.000,00 €, incoado polo Xefe de Servizo de Recursos Humanos e Formación, minorando crédito nos importes e as aplicacións orzamentarias que se indica e incrementando crédito polos importes e nas aplicacións orzamentarias que se detallan a continuación: DETALLE DAS TRANSFERENCIAS Partidas a minorar: Código Denominación Importe 13/456.450.121.01 Complemento específico-Infraestruturas 190.000,00 € 13/456.450.121.00 Complemento destino-Infraestruturas 9.000,00 € TOTAL 199.000,00 € Partidas a incrementar: Código Denominación Importe 13/921.241.481.47 Bolsas- Plan de Emprego empresarial 190.000,00 € 13/921.241.160.47 Seguridade Social bolseiros-Plan emprego empresarial 9.000,00 € TOTAL 199.000,00 € 12.21636.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1. Devolución de garantías definitivas á empresa Unipublic, S.A. A empresa Unicpublic SA (CIF A-28406775), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de vinte catro mil setecentos noventa e tres euros con trinta e oito céntimos (24.793,38 €), para responder do contrato relativo a: Publicidade e organización da volta a España 2013, que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/06/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300074083, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2. Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Crespo, S.A. A empresa Construcciones Crespo S.A. (CIF A-36001063), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de nove mil novecentos corenta e tres euros con sesenta e oito céntimos (9.943,68 €), para responder do contrato relativo a: Acondicionamento da EP 1009, acceso praia de Menduiña (Cangas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/07/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200052361, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantía definitiva á empresa Narom, S.L. A empresa Narom SL (CIF B-36163418), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de nove mil setecentos corenta euros con setenta e seis céntimos (9.740,76 €), para responder do contrato relativo a obra: Ensanche e mellora E.P. 9406 Gallas- Armenteira (Meis), que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/10/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100086265, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Marco Obras y Proyectos de Arousa, S.L. A empresa Marco Obras y Proyectos de Arousa, S.L. (CIF B-36329910), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de vinte un mil catrocentos cincuenta e cinco euros con sesenta céntimos (21.455,60 €), para responder do contrato relativo á obra: Beirarrúas e mellora na rúa da Cerca (Vilanova de Arousa), que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/05/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100040949, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5. Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Abal, S.A. A empresa Construcciones Abal S.A. (CIF A-36115459), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de catro mil novecentos dez euros (4.910,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Rehabilitación de equipamento para servizo público de hostelería na praia de Portocelo (Marín), que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/05/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200037946, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construganon, S.L. A empresa Construganon, S.L. (CIF B-36352896), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NCG BANCO, por importe de nove mil cento sesenta e seis euros (9.166,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Reparación e acondicionamento da escola de música de Vilagarcía de Arousa, que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/06/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200043166, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 13.21637.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BAIONA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO “COLECCIÓN VISITABLE CASA DA NAVEGACIÓN DE BAIONA”(REF.: 13/00972/2013000092) INCLUÍDO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS PROVINCIAIS 2013 (POSP/13) Resultando que o Pleno Provincial, na sesión ordinaria celebrada o día 7 de agosto de 2013, aprobou as bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos Provinciais 2013 sendo o obxecto das mesmas regular a concesión de subvencións para financiar a realización de investimentos e gastos correntes das entidades locais da provincia e contribuír, deste xeito, a súa sustentabilidade e correcto funcionamento. Resultando que o Concello de Baiona solicitou formalmente e en prazo unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Colección visitable Casa da Navegación de Baiona” (Ref.: 13/00972/2013000092). Vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á concorrencia competitiva no Plan de Obras e Servizos Provinciais 2013. Visto o informe-proposta da Xefa do Servizo de Cooperación segundo o cal procede a confirmación da subvención para financiar o investimento proposto polo Concello. Visto o informe do Arqueólogo da Deputación de supervisión e comprobación da memoria descritiva e xustificativa e dos pregos de prescricións técnicas do investimento solicitado. E visto o informe da Intervención Provincial de fiscalización do expediente de concesión de subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Conceder o Concello de Baiona, CIF.:3600300-B, unha subvención por importe de cen mil euros (100.000,00 €) para a realización do investimento “Colección visitable Casa da Navegación de Baiona”, cun orzamento de cento cincuenta mil euros (150.000,00€). Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación 13/942.942.652.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. Así mesmo, o Concello cooperará na realización do investimento achegando cincuenta mil euros (50.000,00€) con cargo ós seus propios fondos; cantidade que deberá ser ingresada na Tesourería Provincial no primeiro trimestre do exercicio 2014 e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. Así mesmo, antes de pasar a fase de subministro e instalación , o proxecto museográfico deberá obter o informe do Servizo de Museos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 2. Iniciar o expediente de contratación do investimento salientado que dada a súa natureza deberá cumprir coas disposicións establecidas na Lei 8/1995, do 30 de outubro, de Patrimonio Cultural da Comunidade Autónoma de Galicia, no Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de obrigado cumprimento. 14.21638.- APROBACIÓN CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE VILABOA PARA SUBSTITUÍR A SUBVENCIÓN OUTORGADA PARA REALIZAR A ACTIVIDADE NÚM. 2013001317 “INTERVENCIÓN SOCIO-LABORAL CON POBOACIÓN EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL” POLA NOVA ACTIVIDADE NÚM. 2013002915 “XIX MAGOSTO POPULAR DE SAN MARTIÑO DE VILABOA”, INCLUÍDAS NO PAM 2013 – SECCIÓN ACTIVIDADES Resultando que a Xunta de Goberno, na sesión ordinaria celebrada o día 19 de agosto de 2013, acordo núm. 10.21241, concedeu ó Concello de Vilaboa, polo procedemento de concorrencia competitiva, unha axuda económica destinada ó financiamento da actuación núm. 2013001317 “Intervención socio-laboral con poboación en risco de exclusión social”, incluída no PAM/13 – Sección Actividades. O importe da axuda económica concedida para esta actuación foi de 1.000,00 €. Resultando que con data 28/11/2013, o Concello de Vilaboa achega un escrito con núm. de rexistro de entrada 2013110438, solicitando que o financiamento obtido para a actividade núm. 2013001317 se aplique á nova actuación núm. 2013002915 “XIX Magosto popular de San Martiño de Vilaboa”, motivando o cambio por non dispor de crédito suficiente, para levar a cabo a actividade. Considerando o disposto na base décimo segunda das reguladoras do PAM/13 – Sección Actividades, en relación á modificación dun acordo de concesión cando concorren circunstancias excepcionais, que a subvención concedida non variará o seu importe, que non se prexudican dereitos de terceiros e considerando o exposto “ad supra” e visto o informe do Servizo de Intervención de data 11 de decembro de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o cambio de aplicación solicitado polo concello de Vilaboa da actividade subvencionada núm. 2013001317 “Intervención socio-laboral con poboación en risco de exclusión social”, pola nova actuación núm. 2013002915 “XIX Magosto popular de San Martiño de Vilaboa”, incluídas no PAM 2013 – sección actividades, e con suxeición as condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 10.21241 de data 9 de agosto de 2013. 15.21639.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE MESTRES CANTEIROS CON DESTINO Á ESCOLA DE CANTEIROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora de dúas Bolsas de Mestre Canteiro con destino á Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar as referidas Bolsas a D.Rubén Gil Rodríguez e D. Marcos Lareo García, con efectos 01 de xaneiro de 2014 e polo período de seis meses, podendo ser prorrogadas por outros seis meses, á vista do informe favorable da Directora da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra e por Acordo da Xunta de Goberno. A dotación económica ascende a un total de 600,00 €/mes por beneficiario, cantidade que se imputará ás aplicacións orzamentarias 13/921.241.481.01, e 13/921.241.160.03 respecto ó custo da Seguridade Social. A aceptación e disfrute desta Bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación dos Bolseiros ó citado Organismo. 16.21640.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as doce horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición