ATOPO
Rexistros actuais: 1.334.599
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.498

BARCIA DO SEIXO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.25

  • Título BARCIA DO SEIXO

  • Data(s) 1315-1673 (Creación)

  • Volume e soporte 1 unidade documental composta con 68 unidades documentais simples

Área de contexto

  • Nome do produtor Mosteiro de Santa María de Armenteira (Meis, Pontevedra)(1151-2022) O primeiro cenobio debeu ser fundado polo abade San Ero no ano 1150. Esta persoaxe é protagonista dunha famosa lenda en Galicia, segundo a cal estivo escoitando embelesado cantar a un paxariño durante trescentos anos tras rogarlle á Virxe que lle amoase cómo era o Paraíso. Esta historia recollese nas Cantigas de Alfonso X O Sabio. A data de creación según a primeira mención documental é do 6 de marzo de 1151, data na que Diego Ovéquiz fai doazón ao abade don Ero unha herdade na vila de Gondes. Pero en 1975 aparecen durante unhas excavacións unha lauda que fai retroceder a data das orixes á época prerrománica: sería un dos numerosos mosteiros surxidos nos séculos IX e X, aínda que sin notas documentais que se podan constatar, coñecéndose que en 1151 seguía a regla benedictina tal como dice o mencionado documento dese ano. En 1162 aparece por primeira vez o nome do mosteiro nos documentos oficiais da Orde Cisterciense, aínda que as primeiras noticias certas son de 1190. O que si parece claro é que Armenteira non foi unha fundación cisterciense, senón unha afiliación á orde. Desde este momento comezou a recibir doazóns dos reis, aínda que as mis numerosas é importantes foron as procedentes dos particulares. Todo elo levou á formación dun grande patrimonio convirtíndose así nun dos máis importantes mosteiros cistercienses galegos. Durante os séculos baixomedievais foron obxeto de usurpacións e expolios a máns dos nobles e familias poderosas da zona, recurrindo a Roma para súa devolución, sendo así que a finais do século XV manifesta certa decadencia. Cara o ano 1523 incorporase a reforma introducida pola Congregación cisterciense de Castilla tras a renuncia de frai Gonzalo de Saavedra, aínda que non foi efectiva hasta súa morte en 1528. Non será hasta 1536 cando ten lugar a confirmación pontificia. A desamortización obriga aos monxes a abandoar o cenobio no ano 1837. A partir dese momento os edificios, salvo a igrexa e a parte visible do claustro van desmoronándose. Do primitivo mosteiro sólo queda en pé a igrexa que destaca pola súa sinxeleza e austeridade. Actualmente atópase habitado por monxas cistercienses desde 1989.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística A parroquia de Santa Ana de Barcia do Seixo do concello da Lama foi un dos prioratos dependentes do Mosteiro de Armenteira. Os prioratos actuaban como enclaves fundamentais para a administración e percepción das rendas e a vixilancia do patrimonio monástico situado nas zonas máis alonxadas da casa central e tamén como centros de comercialización nos que se vendía o cereal, o viño, e outros productos que non se enviaban a casa central para o consumo. Ademáis os monxes-priores actuaban como párrocos do lugar no que estaban enclavados os prioratos polo que tiñan grande influencia sobre as parroquias, mediante o culto, a predicación e o coidado das igrexas. O Mosteiro de Santa María de Armenteira está situado na ladeira occidental do monte Castrove, que fai de línea divisoria entre as rías de Pontevedra e Arousa. Os seus orixes son confusos, deixando de lado a lenda trasmitida polo arquiveiro e prior do mosteiro Frai Basilio Duarte en 1624. Sobre a creación, a primeira mención documental é do 6 de marzo de 1151 cando Diego de Ovéquiz fai doazón ao abade don Ero dunha herdade na vila de Gondes. Tras novas excavacións en 1975 onde apareceron restos dunha lauda se cree que podía ser ún dos pequenos mosteiros xurxidos nos séculos IX e X, aínda que sin noticias documentais que se podan destacar, que en 1151 seguía a regla benedictina según o mencionado documento deste ano. A súa incorporación ao Císter se pode datar con base documental, no ano 1190. Desde ese momento comenzou a recibir doazóns de bens tanto de reis como de particulares. Proceden da realeza nunha porcentaxe próxima ao 80% hata 1165 e a partir dese momento e ata mediados do século XIII cobran maior importancia as doazóns realizadas polos particulares e polos nobles, aínda que neste último caso as porcentaxes son moi inferiores: entre 1180 e 1250 as doazóns dos nobles son do 20 % e do 80% dos particulares. As compras se concentran máis do 80% entre os anos 1220 e 1250. Non será ata o ano 1536 cando se confirme a súa incorporación á Congregación benedictina de Valladolid. Actualmente está xestionado por unha pequena comunidade de monxas pertencentes ao Císter.

  • Forma do ingreso Depósito permanente da Asociación Veciñal “Fonte dos Chaos”

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Conxunto de foros do mosteiro de Armenteira na parroquia de Santa Ana da Barcia do Seixo. No Antiguo Réxime as 32 parroquias nas que se ubicaba o patrimonio do mosteiro pertencían a antigua provincia de Santiago, excepto as de San Xoán de Cabeiro e San Vicente de Trasmañó que eran da provincia e diócese de Tui e pertencíans a xurisdiccións de Redondela Nova e Val de Fragosos. As restantes freguesías, todas da diócese compostelana, estaban distribuidas en 11 xurisdicións: Baños, Caldas, Caldebergazo, Cambados, Cordeiro, Fefiñáns, Lanzada, Penaflor, Santo Tomé do Mar, Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Nestas zonas o conxunto de propiedades estaba repartido entre as diferentes posesións- terreos de labradío, bosques de carballos, pinares, etc.- sitas na propia freguesía de Santa María de Armenteira, e o patrimonio máis alonxado cedido aos campesinos a través de contratos de foros ou de arriendos, o que non vai impedir que os mosteiro exerza sobre eles un forte control si non directamente, sí a través dos seus prioratos. Esto quere dicir que a explotación directa se aplicaba aos bens próximos á comunidade e a indirecta era a máis habitual debido á dispersión dos bens. Unha modalidade contractual que levaba aos monxes a ceder o dominio útil a cambio dunha pensión anual eran os foros e os arriendos. Os foros son contratos de longa duración, onde o tempo sempre aparece determinado predominando a fórmula de cesión “por tres vidas de reyes”, cunha porcentaxe do 70% no caso de Armenteira. En ocasións a duración dos foros é de dúas ou tres voces superando incluso as vidas dos reis. Maiormente os foros eran renovados casi automáticamente e sen alteración da renda, o que significa que se buscaba sobretodo manter o dereito de propiedade directa sobre a terra. Respecto ao tipo de rendas, os cereais (centeo, mixo, trigo e desde o século XVII o millo) constituían a principal fonte de ingresos e a forma de pago máis común dos foros era en especie o que obrigaba a comercializar boa parte do producto agrario. Outros productos, como galiñas, carneiros, cera, manteca e incluso prestacións de servizos, tamén se exixen para pago de rendas e moitas veces son conmutados por diñeiro.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Arquivo Histórico Nacional. Sección Clero Regular

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición