Fondos
1.293/12. Diferentes ordes comunicadas pola xustiza de Santiago á do Couto de Romelle de 1639 a 1647
Diferentes ordes comunicadas pola xustiza de Santiago á do Couto de Romelle de 1639 a 1647
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10..3.1.1.293/12
Título Diferentes ordes comunicadas pola xustiza de Santiago á do Couto de Romelle de 1639 a 1647
Data(s) 1639-1647 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 16 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Romelle Diferentes ordes comunicadas pola xustiza de Santiago á do Couto de Romelle de 1639 a 1647. Contén: > Testemuño remitido á xustiza do Couto de Romelle polo Administrador xeral do Servizo de Millóns do reino, para que entendese que o Rei suspendera a cobranza do donativo dos Fogos. 1641, Febreiro, 25, Santiago. > Copia da excepción do Couto de Romelle en canto a non pagar os votos. 1643, Xullo, 17. > Orde da capital de Santiago comunicada á xustiza do Couto de Romelle para que entregase en dita cidade vinte e cinco reais que lle corresponderan do total de 21.248 que tería que afrontar toda a provincia para os vestidos de 166 soldados que había de dar. 1640, outubro, 9. > Orde do Excmo. Sr. Marqués de Valparaíso (Balparaíso), comunicada á xustiza do Couto de Romelle polos Señores da capital de Santiago, para que concurrise con seis reais, que lle correspondera no reparto que se fixera entre as xurisdicións que non contribuíran con ningún soldado para o total de sesenta e tres que debía aportar toda a provincia, xunto coas súas armas. 1641, Marzo, 20. Santiago. > Orde expedida pola capital de Santiago á xustiza do Couto de Romelle para que non cobrase o repartimento feito para o rexedor Andrés García de Seares. 1642, Febreiro, 22. Santiago.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Familia Caamaño (Tema)