ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.197
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2008/05/30_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/1.2008-05-30_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/05/30_Ordinaria

  • Data(s) 2008-05-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 60 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 30 de maio de 2008 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día trinta de maio do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten o Sr. Deputado D. Pauliño Damián Del Río Iglesias nin a Sra. Deputada Dona María Xosé Méndez Piñeiro. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Damos comezo á sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial que ten os seguintes asuntos. 1.5687.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de abril de 2008. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de abril de 2008. 2.5688.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SANXENXO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENZA DE OBRAS Sr. Presidente.- Punto número dous. Delegación de competencias do concello de Sanxenxo a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección da liquidación do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por expedición de licenza de obras. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Sanxenxo na sesión celebrada o día 29 de xaneiro de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por expedición de licenza de obras. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 9 de abril de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Sanxenxo, para exercer as facultades de inspección da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por expedición de licenza de obras. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de inspección da liquidación do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por expedición de licenza de obras, realizou o Concello de Sanxenxo, por acordo do Pleno de data 29 de xaneiro de 2008, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.5689.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE AGOLADA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR SUBMINISTRACIÓN DE AUGA E DA TAXA POR SUMIDOIROS Sr. Presidente.- Punto número tres. Delegación de competencias do concello de Agolada a favor do ORAL para exercer as facultades de liquidación e recadación da taxa por subministración de auga e tamén da taxa por sumidoiros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Agolada na sesión celebrada o día 26 de decembro de 2007 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por subministración de auga e da taxa por sumidoiros. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 9 de abril de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Agolada, para exercer as facultades de liquidación e recadación da taxa por subministración de auga e da taxa por sumidoiros, coa reserva por parte do concello de Agolada, de executar tanto a xestión do padrón coma a xestión, liquidación e recadación dos dereitos de acometida dos sumidoiros cando esta se realice por cobro directo. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. Considerando que a xestión censal, no caso de taxas, prezos públicos e recursos análogos, debe ser asumida directamente pola entidade titular, xa que é a única con capacidade e medios cercanos ós elementos que integran o tributo ou, en xeral, ó recurso público para a formación do censo ou padrón. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de liquidación e recadación da taxa por subministración de auga e da taxa por sumidoiros, realizou o concello de Agolada, por acordo do Pleno de data 26 de decembro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación, coa reserva por parte do concello de Agolada de executar tanto a xestión do padrón como a xestión, liquidación e recadación dos dereitos de acometida dos sumidoiros cando esta se realice por cobro directo, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.5690.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 2/2008 Sr. Presidente.- Punto número catro. Expediente de modificación de créditos número 2/2008. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días. Traemos un expediente de modificación de créditos onde as partidas máis importantes que se contemplan son 2.000.000 de euros a concellos do Plan de Acción Municipal; e tamén cumprir cun compromiso que se tiña coa Cámara de Comercio de Pontevedra para subvencionar actividades e un viveiro de empresas por un importe de 150.000 euros co cal quedaría rematado ese compromiso adquirido no seu día e que ademais, bueno, que parece que todos os grupos estabamos de acordo, porque houbo unha Moción que veu ó Pleno; e tamén unha serie de transferencias para actividades culturais. O importe son 2.234.000 euros. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Evidentemente nós temos unha liña que temos sempre de que a xestión económica desta casa pois é responsabilidade do grupo de goberno e co cal non estamos de acordo, co cal normalmente votamos en contra e nos abstemos neste tipo de expedientes salvo un caso como este no que son partidas moi concretas, para fins moi concretos, que compartimos, tanto sexa o de aumentar os fondos ós concellos, evidentemente poñernos a discutir o reparto e máis o famoso, como se reparte o famoso 20% e o dedo da receita do Presidente, pero aquí non estamos discutindo iso, estamos discutindo incorporar fondos para transferir ós concellos. Entón como o compartimos e as outras son cuestións menores que incluso tamén compartimos, como compartimos tanto que se cumpran os compromisos coa Cámara de Comercio de Pontevedra como que se adiquen máis fondos ó Plan de Acción Municipal, que podíamos discutir se teñen que ser máis ou non, pero bueno, en principio son máis fondos, vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, bos días. O Grupo Socialista comparte o fondo que se trae neste expediente a Pleno, pero loxicamente este fondo forma parte dun documento que é o orzamento da Deputación e nós votamos en contra do orzamento, polo tanto vamos absternos neste punto. Sr. Presidente.- Polo tanto procedemos á votación do punto número 4, deste expediente de modificación de créditos número 2, neste caso, deste ano, do presuposto deste ano 2008. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra a través de escrito de data 20 de maio de 2008, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/2008, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 2.234.000,00 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que na proposta da Presidencia figura o detalle das partidas concretas ás que se lle dota de crédito e ás que se lle incrementa o mesmo, e que supoñen un total de créditos extraordinarios por importe de 150.000,00 euros, e un total de suplementos de crédito por importe de 2.084.000,00 euros. Resultando que o expediente de modificación de créditos número 2/2008, finánciase con aforro propio procedente do remanente líquido de tesourería para gastos xerais, por importe global de 2.234.000,00 euros. Resultando que no informe de Intervención de data 20 de maio de 2008, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/2008. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE, aprobar o expediente de modificación de créditos número 2/2008, por un importe total de 2.234.000,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e de servizos.......................................... 62.000,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes................. 172.000,00 € Capítulo 7º Transferencias de capital................ 2.000.000,00 € Total variacións por capítulos .... 2.234.000,00 € Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.5691.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE A DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN EN CAIXANOVA Sr. Presidente.- Punto número cinco. Moción da Presidencia sobre a designación de representantes da Deputación en Caixanova. A Moción di o seguinte: Dar conta da comunicación do Presidente da Comisión Electoral de Caixanova de data 28 de abril de 2008, pola que se manifesta como consecuencia da renovación dos órganos de goberno da citada entidade correspondente á Excma. Deputación Provincial como entidade fundadora, nomear sete representantes na Asemblea Xeral, debendo estar designados antes do 30 de maio a fin de que poidan asistir á reunión da Asemblea Xeral constituínte prevista para xuño, que creo que ademais xa está convocada para estes días. Proponse ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo: Designar ás seguintes sete persoas como representantes desta Corporación Provincial na Asemblea xeral de Caixanova. O reparto sería, 4 representantes nomeados polo Partido Popular, dous representantes nomeados polo Partido Socialista e un representante nomeado polo Bloque Nacionalista Galego. Polo Partido Popular noméase, proponse neste caso a D. Víctor Nogueira García, a Don Magín Alfredo Froiz Planes, a D. Pedro Pérez Torres e a D. Juan Ramón Iglesias Álvarez. Por parte do Partido Socialista proponse a D. Manuel Loureiro Adán e a Don Francisco Andrés Veiga Soto. E por parte do Bloque Nacionalista Galego proponse a Dona María Dolores Dopico Aneiros. Polo tanto procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¡Ah, perdón!, D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Creo que habitualmente isto pois vai, digamos, sen ningún comentario, ningunha aclaración, pero bueno, creo que o tempo vai pasando e algún hai que facer, algún hai que facer nun dobre sentido, que creo que os tempos de que a Asemblea Xeral dunha institución de carácter público como é Caixanova, pois as institucións debían nomear, con distintas, non é só esta casa, con certa autonomía, ou total autonomía, e non digamos esta simbiose, non vou aclarar e explicarme máis, que existe entre directrices da propia entidade e as institucións que elixen. Creo que iso é algo que temos que ir superando, nas propostas que se van facendo neste mandato xa van mellor que no anterior, pero haberá que seguir avanzando para que haxa un funcionamento no que as institucións que teñen representación aí pois exerzan total e absolutamente a súa autonomía, sen simbiose, digo que existiu dunha maneira moi profunda, e que debe romperse. En segundo lugar, pois lamentar, lamentar, que como consecuencia da herdanza e da maneira de funcionar pois resulta que me temo, me temo que na Asemblea Xeral de Caixanova de 300 vai haber 290 homes e 10 mulleres, un arriba, un abaixo. Despois de estar falando de ter una Lei de Igualdade e ter non se sabe cantas cousas que aínda que non se cumpre estritamente neste caso, que posiblemente non haxa por que, pois parece que nalgún detalle, nalgún detalle, pois había que facer, creo eu, creo que o había que facer. Evidentemente, como aquí hai un reparto proporcional, cada un elixe a quen quere, nós non nos vamos opoñer e polo tanto vamos a votar a favor, pero deixando constancia de que o único nesta relación, e non quero votar méritos e demais, que nos toca a un, o único que propón unha señora somos nós, outros que teñen números plurais e non singulares pois resulta que son todos homes, que creo que non é moi afortunado, non é nada, nada, afortunado, máis para unha Asemblea xeral e demais. Bueno, é o que quería dicir, desculpas por ter digamos algo dito, pero creo que estabamos na obriga de dicilo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Polo tanto, bueno, pois como é a proposta evidentemente de cada un dos partidos e ademais é consensuada, procedemos neste sentido á votación da mesma. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta da comunicación do Presidente da Comisión Electoral de Caixanova de data 28 de abril de 2008 pola que se manifesta que como consecuencia da renovación dos órganos de goberno da citada entidade corresponde a esta Excma. Deputación, como entidade fundadora, nomear sete representantes na Asemblea Xeral, debendo estes estar designados antes do 30 de maio a fin de que poidan asistir á reunión da Asemblea xeral constituínte, prevista para xuño. Considerando o disposto no Decreto 180/2002, de 23 de maio, da Consellería de Economía e Facenda, polo que se modifica parcialmente o Decreto 153/1989, de 27 de xullo, de órganos reitores das Caixas de aforros galegas. Considerando o disposto no art. 16 da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Vistos os Estatutos de Caixanova, O Pleno acorda por unanimidade designar ás seguintes sete persoas como representantes desta Corporación Provincial na Asemblea Xeral de Caixanova: - D. Víctor Nogueira García. - D. Magín Alfredo Froiz Planes. - D. Pedro Pérez Torres. - D. Juan Ramón Iglesias Álvarez. - D. Manuel Loureiro Adán. - D. Francisco Andrés Veiga Soto. - Dona Mª Dolores Dopico Aneiros. 6.5692.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A RESTAURACIÓN, A REHABILITACIÓN E OS NOVOS USOS DO PAZO DE LOURIZÁN Sr. Presidente.- Punto número seis. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a restauración e a rehabilitación e os novos usos do Pazo de Lourizán. Ten a palabra Dona Teresa Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Bos días. Vou a dar lectura á Moción. O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra en base á lexislación vixente presenta diante do Pleno da Corporación esta Moción relativa á restauración, rehabilitación e novos usos do Pazo de Lourizán, propiedade da Deputación Provincial de Pontevedra. A Deputación de Pontevedra adquiriu en 1943, aínda que pon 40, á Caixa de Aforros Provincial e á Marquesa de Alhucemas o Pazo de Lourizán. Trátase dunha edificación que pasou de ser unha granxa no século XV, período do que quedan restos como un pombal ameado de planta circular, a residencia de tempada do ilustre pontevedrés Montero Ríos. O maxestuoso pazo, de grandes, elegantes e creativas dimensións, foi obra de Genaro de la Fuente. Está rodeado de 54 hectáreas que se reparten entre o xardín, a finca e o arboredo. Conserva especies forestais de árbores autóctonas (carballos, castiñeiros ou bidueiros) e doutras de alto interese (camelias, vides, palmeiras e especies exóticas como araucarias, cedros, magnolios, etc.). Dende a súa adquisición, a Deputación de Pontevedra cedeuno ó Ministerio de Educación para Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais e para Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes. Dende a década dos anos 80, o Pazo de Lourizán está cedido á Consellería de Medio Ambiente como Centro de Investigacións Ambientais e Forestais e ten como obxectivos principais a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galicia. En setembro do ano 2003, a comisión mixta de xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas acordou que Pontevedra fose sede do mesmo, barallándose a súa radicación en Lourizán, pero o propio Presidente da Xunta de Galicia anunciou que sería Vigo. O día 13 dese mesmo mes, representantes socialistas no goberno do concello de Pontevedra indicaron que o proxecto para o Pazo de Lourizán e que, en breve, anunciarían a instalación nel dun Centro de Estudos Medioambientais que levaría aparelladas obras de rehabilitación do Pazo. Dous días despois é a propia Consellería de Medio Ambiente a que distribúe unha nota na que di que o futuro de Lourizán está sen aludir ó devandito Centro e limitándose a explicar que se levarán a cabo accións de grande interese e proxectos importantes que excederán o ámbito das Illas Atlánticas e se estenderán a todo Galicia. O 18 de novembro de 2005, o Deputado Guillermo Meijón (PSOE) di que as actuacións previstas en Lourizán superan á sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, destaca que acollerán un centro de investigación de nivel europeo e precisa que albergará un Centro Medioambiental. Un ano despois, o 2 de outubro de 2006, o propio Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, anunciou nunha visita ó Pazo o financiamento específico para restaurar o edificio que, segundo el, conlevará actuacións en todos os inmobles da finca. Destacou que a Xunta pretende coordinar dende Lourizán toda a información medioambiental de Galicia e adiantou que, ese mesmo mes, presentará todo o proxecto, que acadará un investimento de 25 millóns de euros, 4 dos cales xa se consignarían no citado ano de 2006. En vista de que, un ano despois, en decembro do 2007, non se levara a cabo ningunha acción das reiteradamente anunciadas, o Grupo do Partido Popular no Parlamento Galego presentou unha pregunta parlamentaria, que non foi respondida, e unha Proposición Non de Lei que reclamaba á Xunta poñer fin ó alarmante deterioro do Pazo de Lourizán. Recentemente, dende que a Deputación puxo en marcha o programa , varias asociacións da provincia que participan nel destacaron o deterioro do Pazo de Lourizán e a necesidade de proceder á súa inmediata restauración antes de que as perdas sexan irreparables. Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopten os seguintes acordos: 1.- Instar á Consellería de Medio Ambiente a que cumpra o seu reiterado compromiso de ubicar no Pazo de Lourizán o anunciado Centro Medioambiental de Galicia, cun investimento de 25 millóns de euros. 2.- Instar á Consellería de Medio Ambiente a que, paralelamente, proceda a unha restauración e rehabilitación integral do Pazo de Lourizán en vista do seu progresivo e lamentable deterioro. 3.- Instar á Xunta de Galicia a que defina un programa de usos da finca e do Pazo, en vista do seu alto grado de interese ecolóxico, medioambiental, social, histórico e turístico das súas instalacións. De momento pois esa é a Moción e pido o voto favorable dos grupos da oposición. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. É evidente, obvio, claro e manifesto que vostedes funcionan exactamente cunha carencia de autonomía absolutamente brutal, entón teñen mentalidade de oposición e se dedican a ametrallar o Pleno con mocións porque están na oposición en Santiago ou en Madrid. Neste caso en Santiago. Móvense nunha esquizofrenia francamente estraña e que lle dá como resultado cousas moi raras. Digo a introdución para as catro mocións. Neste caso, neste caso é unha pena que o metan neste lote, ¿por que?, porque vostedes teñen, esta Deputación ten interese directo dado que é o propietario, primeira cuestión, e polo tanto é das catro a única, a única que ten razón, hai un motivo, que non sexa digamos facer o traballo que non dan feito os seus deputados en Santiago, porque hai un interese directo da Deputación, é certo, hai os compromisos da Consellería de Medio Ambiente que non se están cumprindo, polo menos en tempo e forma, eu imaxínome que será porque poñer un centro medioambiental detrás de Ence e Elnosa iso debe rebentar todos os rexistros, e tal, e entón prefiren non facelo, supoño que será, pero non o sei, pero en todo caso, en todo caso, repito, sendo como é, un caso no que a Deputación ten interese directo, e que hai uns compromisos que non se cumpren e creo que son de interese tanto para esta zona como para toda a provincia, porque o Pazo e a Finca realmente iso merece, pois vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, bueno, eu creo que xa habería que plantexarnos na orde do día dos Plenos da Deputación a partires de agora un punto especial que se lle podería chamar “mocións en contra do goberno de Galicia”, ou, non sei ou doutro xeito, ó mellor “mocións do goberno da Deputación no seu traballo de facer oposición da oposición”, non sei, unha cousa parecida a esta. E isto valería loxicamente para estas catro mocións, para algunha máis que se plantexou noutros plenos e parece ser, parece ser que vai a ser a liña de actuación do Partido Popular na Deputación de Pontevedra a partir de agora. A verdade é que un non sabe se é que vostedes lle fan caso a esas últimas declaracións do Sr. Cascos que dicían que tiñan que abandonar o centro, ou non confían no seu Grupo Parlamentario en Santiago, que é probable que sexa iso, ou que consideren que a oposición hai que facela máis estilo Rafael Louzán que Núñez Feixoo, calquera dos plantexamentos pode valer. Ben, se nos vamos ó preámbulo desta moción, perdón, antes disto case, xa lles vou adiantar, que tanto nesta como nas seguintes o Grupo Socialista vai votar en contra, e digo máis, é dicir, home, cando un quere facer ese tipo de labor de oposición da oposición polo menos ten que ser un pouco máis coidadoso, e claro, se un se vai ó preámbulo da Moción e fai a referencia que fan vostedes á historia recente do Pazo de Lourizán e nos acaban dicindo que dado que nese programa de “Coñece a túa provincia” determinadas asociacións comprobaron o mal estado do Pazo, e parece ser que foron os que lles comunicaron a vostedes este tema e a partir de aí vostedes déronse conta. Ben, pois mire, resulta que non está o Pazo e a Finca nas mans do Goberno de Galicia dende o ano 2005, como ben recoñecen vostedes, está dende bastante antes, bastante antes, e loxicamente esa degradación non se produciu neses tres anos, produciuse bastante antes. É certo, como din vostedes na moción, que hai un compromiso do Conselleiro de Medio Ambiente para conseguir que Lourizán sexa o gran Centro Medioambiental de Galicia, e nese tema a Consellería si nos di que está traballando e nos plantexa unha serie de cuestións, algunha delas ata podería considerarse anecdótica, ata podería considerarse anecdótica, pero realmente é indicativo do interese que tiña o anterior goberno de Galicia no Pazo e a propia Deputación, ou sexa, ese interese que teñen vostedes agora e resulta que ata o 2005 non o tiñan, fíxese, dato anecdótico e curioso, ata o ano 2005 os verquidos procedentes das instalacións de Lourizán vertíanse directamente, sen pasar por ningunha rede de saneamento, curioso, pero así de certo. E nin vostedes na Deputación nin vostedes no Goberno de Galicia lle puxeron coto a esa situación e a corrixiron. Ben, está corrixida. Mire, podo dicirlles, e loxicamente son datos que consigo na Consellería de Medio Ambiente e que poderían vostedes conseguir tranquilamente, que entre o ano 2006 e 2008 van gastados 6.749.000 euros, que se fixeron actuacións nese conxunto que se chama Gran Centro Medioambiental de Galicia, ou que se ten que chamar cando rematen esas actuacións, como a posta en funcionamento da Rede de Observación Ambiental de Galicia, e a dotación dun laboratorio móvil para a rede de seguimento do estado ecolóxico das augas de Galicia. Do mesmo xeito está a rehabilitación do edificio-lagar de Lourizán cun orzamento de 1,1 millóns de euros, está adxudicada a obra e vaise a facer, é dicir, é certo, é certo que non se están cumprindo os prazos, é certo que hai que axilizar eses prazos, pero é certo que hai unha inversión ata agora de 6.749.000 euros e nun horizonte loxicamente de que esa inversión alcance os 25.000.000 de euros. Polo tanto, o que vostedes plantexan na súa Moción de “Instar á Consellería de Medio Ambiente para que cumpra o seu reiterado compromiso de ubicar no Pazo de Lourizán o anunciado Centro Medioambiental de Galicia” estase a facer, o último punto de que defina o programa de usos da finca estase a facer, e nós poderíamos coincidir con vostedes en instar á rehabilitación integral do edificio xa. Pero, volvo a repetir, cando vostedes plantexan unha actuación como a que están facendo no Pleno da Deputación sistematicamente de oposición e de ariete contra o Goberno de Galicia, olvidándose, esquecéndose vostedes que a Deputación como tal Institución debe traballar noutro sentido, de cara á Xunta e cara ós mesmos concellos, cousa que, por certo, en concellos que non son da súa cor política non fan, pois loxicamente non vamos a coincidir con vostedes en nada. E vamos a manter un voto contrario, por certo, dentro deses 6.700.000 euros está a anécdota tamén, que lle comentaba antes, dentro deses gastos, é dicir, a conexión do saneamento. É tremendamente curioso, volvo a repetir, que vostedes non se acordaran deses temas ata agora e haberá que felicitar ás asociacións que puxeron no seu coñecemento a situación do Pazo, porque vostedes nin se querían acordar dese tema, nin dese nin de ningún outro. E volvo a repetir, ata o ano 2005 parece que era a maravilla do mundo e que agora é cando se degradou totalmente o edificio e todas as instalacións. Ben, pois, volvo a repetir, non vamos a seguir insistindo en pelexas absurdas con vostedes, fagan vostedes a política que queiran facer, nós vamos a votarlles en contra neste tema e nada máis por agora. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Ten a palabra Dona Teresa Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Muchas gracias Presidente. En primer lugar quería agradecer el voto favorable del BNG a esta Moción que creemos que es una Moción que si compete, como bien reconocían las personas que hablaron con anterioridad, a esta Diputación, porque pertenece a la Diputación, y bueno, con D. Emilio González no coincido en absoluto, no se si ser un poquito irónica, porque tengo miedo que se vayan si soy un poco agresiva, o ser normal, pero claro, yo no tengo datos de Medio Ambiente porque no tengo acceso, es una institución, está gobernada por el Partido Socialista, usted puede entrar allí, yo no, pero bueno, gracias a Dios hay hemeroteca y gracias a la hemeroteca pues podemos demostrar que usted está en la inopia, porque realmente pudo haber buscado los antecedentes de este Pazo y de esta historia, que lleva mucho tiempo pero no se ha molestado, simplemente hizo de ariete del Sr. Vázquez y lo que le dijo para que diga en esta Moción lo retransmite aquí importándole bastante poco la provincia de Pontevedra como suele hacer en todas sus actuaciones. Nosotros respetamos mucho a las asociaciones de vecinos y a los ciudadanos de la provincia de Pontevedra, muchísimo, y están a su disposición, cuando quiera verlas, todas las encuestas que cada día dejan aquí 120 personas que vienen, de momento 1.800, donde casualmente la única edificación perteneciente a la Diputación de Pontevedra que critican es el Pazo de Lourizán que dicen que está en un aspecto, no sólo no rehabilitado el edificio, sino en malísimo estado de conservación, su entorno, sus jardines, etc., etc., etc., pero nosotros evidentemente lo sabíamos, pero para que no se crea usted que es un debate político pues ponemos también en boca de todas las personas que lo comprueban con sus ojos y que dicen que todas las instituciones de la Diputación están en perfecto estado de conservación excepto el Pazo de Montero Ríos en Lourizán. Le invito cuando quiera al Departamento de Asuntos Sociales a comprobar usted mismo que sus convecinos de Redondela también lo critican bastante contundentemente. Pero mire, el Gobierno del Partido Popular si sabía que el Pazo de Lourizán estaba sufriendo un constante deterioro y por eso decidió instalar la sede de las Islas Atlánticas para a partir de ahí hacer una rehabilitación en ese Pazo, y lo hizo exactamente en el año 2003, en junio del 2003 el Gobierno de la Xunta decide que se instale allí el Patronato de las Islas Atlánticas. El 3 de setiembre también del 2003, la Comisión Mixta decide hacerlo allí y empezar una paulatina rehabilitación. Cuando llegó el Sr. Touriño decidió que allí no, que en Vigo con carácter inmediato, tan inmediato que aún no empezó la obra, ya el concello le cedió hace tiempo el edificio para instalar la sede de las Islas Atlánticas pero creo que las losetas aún no las colocaron. Pero, después de todo eso, aquí la Sra. Casal, en Pontevedra, el día que se debatió una moción del Partido Popular de Pontevedra en el Pleno un 23 de setiembre del 2005 para instar a que la sede de las Islas Atlánticas se quede en Pontevedra y además se rehabilite el Pazo de Montero Ríos, digo, vino el Delegado diez minutos antes del Pleno, por cierto no invitó al Alcalde, sino que los concejales del PSOE con el Delegado hicieron una rueda de prensa diez minutos antes del Pleno para anunciar que iban hacer pues grandes cosas. Un proyecto, el PSOE plantea ahora un Centro Medio Ambiental Lourizán y un proyecto mucho más ambicioso que además de incluir las obras de rehabilitación necesarias en el antiguo Pazo de Montero Ríos hará una gran casa del Parque de las Islas Atlánticas en Pontevedra. Como suele hacer el Conselleiro Patxi Vázquez, y perdonen por eso, miente todos los días que viene a Pontevedra, y me hacía gracia que usted insista tanto en lo del saneamiento, porque mire, desde que entró en el Gobierno en el año 2004 lo primero que hizo fue venir aquí para prometer 30 millones de euros al concello de Pontevedra para sanear la ciudad de Pontevedra, después volvió al cabo de un año y dijo, vengo en quince días para firmar el convenio. Como tampoco vino porque evidentemente no tiene dinero y no consignó ni un duro en ningún presupuesto, ni en el del 4, ni en el del 5, nin en el del 6, ni en el del 7, al final de tantas preguntas quiere echarle ahora la culpa al concello de Pontevedra que ya es el colmo del descaro, o sea, que mire, si hicieran un saneamiento bien hecho, todo el mundo que tiene una institución y debe mejorar todo ello, pero no me hable del saneamiento de Patxi Vázquez porque nos mintió a los pontevedreses en más de diez ocasiones, viniendo aquí, en más de diez ocasiones en ese tema. Como era poco mentir en el tema del saneamiento pues también lo hace en el tema de Montero Ríos, que fue el, no el gobierno del PP, fue el gobierno del PSOE con el Sr. Touriño a la cabeza el que vino aquí al Pazo de Montero Ríos y con un gran despliegue mediático y un amplio catering, anunció 25 millones de euros para invertir en este mandato, de los cuáles los cuatro primeros, igual que en el saneamiento, ya los tenía en el 2006, y fíjese usted que todas esas inversiones que iban a empezar por el lagar, se inician, se inician en mayo del 2008 cuando piden licencia al concello de Pontevedra para rehabilitar el lagar, lo primero, que anunciaban allí en el año 2003 que sólo para el lagar iban a invertir 2 millones de euros y ahora consignaron 1.100.000 para esa obra, única que está concedida licencia hace quince días en el concello de Pontevedra. Es muy fácil salir a los medios, páginas, mire, de prensa tengo toda esta carpeta, declaraciones de Touriño y de Patxi Vázquez viniendo aquí, sólo de Montero Ríos, ahora voy hacer un Centro Ambiental, mañana albergará el Centro sobre el cambio climático, pasado otro Centro Ambiental, ahora va a incrementar la plantilla en el 60%, ahora va a rehabilitar el Pazo además de los 25 millones, cada día una cosa, se las puedo pasar. Pero la única realidad que hay, la única realidad que hay, la única, es que no hicieron absolutamente nada, si en cuatro años en un centro de funcionamiento invierten modernizar alguna instalación, pues mire, pueden hacerlo, pero el compromiso de invertir 25 millones de euros en este mandato que queda un año, no creo que en el año, en este mandato, y está dicho aquí, se lo puedo asegurar, porque no creo que los tres periódicos de gran tirada de esta ciudad mientan, porque supongo que la culpa no la tendrán los periodistas que lo publican, supongo, quiero yo decir, porque todos los medios, los tres de edición de Pontevedra más todos los demás que no recogí, que hay muchos más periódicos en la edición de Pontevedra, dicen que, nueve, 25 millones de euros en este mandato, los primeros cuatro en el 2006, queda un año de mandato y vamos, supongo que lo que querrán, lo que estarán buscando es que se declare la ruina para así poder hacer lo que más les gusta al Partido Socialista que es adjudicar las obras por emergencia, entonces ya en ese momento si ustedes quieren cambio la Moción y le digo que declaremos en ruina el edificio y entonces como son especialistas, sobre todo el Sr. Conselleiro de Medio Ambiente, hace una declaración de emergencia y si quieren así también la puede rehabilitar, pero miren, sean serios, defiendan los intereses de la provincia de Pontevedra, un gran patrimonio, les invitamos cuando quieran hacer el programa de “Coñece a túa provincia”, a visitar el Pazo y otras instalaciones para poder comparar, y hagan un esfuerzo por conservar algo que dentro de unos años va a ser imposible su restauración, está allí hasta el despacho de Montero Ríos, yo creo que es un edificio que vale la pena el esfuerzo de toda la corporación, de todos los ciudadanos de Pontevedra, de todos los ciudadanos de la provincia de Pontevedra, para poner en valor un instrumento cultural y que es necesario en este momento acometer esa obra. Si ustedes no quieren sumarse allá ustedes, pero yo entiendo que es una Moción que deberían apoyar y que les pido el apoyo expreso, porque sólo con la unión de todas las fuerzas políticas podemos conseguir esa inversión necesaria y no arrepentirnos en el futuro. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa por esa ampla exposición con datos contundentes que o único que queremos e pretendemos é precisamente a rehabilitación dun emblemático edificio. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, Sra. Pedrosa, reconocerá conmigo que algo no se degrada en tres años, reconocerá conmigo que estaba degradado ya, reconocerá conmigo que gobernaban ustedes en Galicia durante 16 años, reconocerá conmigo entonces que lo hicieron fatal en el tema, pero muy mal, muy mal, claro, vuelvo a la anécdota de antes, fíjese hasta que punto, hasta que punto, que ni el saneamiento del centro tenían, hasta ese punto. Por Dios, por Dios, es que no hacer nada de eso y llegar a estas alturas a criticar a los demás en tres años cuando no se hicieron en dieciséis, la verdad es que es duro de tragar, bastante duro. Mire, yo vuelvo a lo mismo, es decir, aquí hay rematado este año 6.740.000 euros invertidos, claro que si, si los hay al rematar este año, y no había nada antes, no había nada, ya le digo, ni siquiera el saneamiento hecho, por lo tanto se mantiene el compromiso del gran Centro Medioambiental, se mantiene el compromiso de los 25.000.000 de euros que lógicamente seguirán más allá de este mandato, está clarísimo en esta legislatura del gobierno de Galicia. Pero, hombre, no me hable usted, no me hable usted de la adjudicación de obras por emergencia porque en todo caso también lo podían haber hecho ustedes en este caso. ¿Por qué no lo hicieron antes?, ¿por qué dejaron que se degradara hasta esa situación?. Es que ustedes no llegaron el otro día aquí en paracaídas, ¡eh!, ustedes tenían responsabilidades de gobierno. Y yo no les he visto en esta casa hacer ese planteamiento, no se lo he visto nunca, nunca, nunca, y en las siguientes mociones se irá desgranando lo mismo, exactamente igual. Resulta que cuando ustedes gobernaban las cosas eran tan diferentes que daban lugar a esas degradaciones y ahora quieren que los demás arreglen lo que ustedes no arreglaron en quince años. Hombre, por Dios, por Dios, nada más. Mire, yo creo que esto no da para más, no da para más, por cierto, por cierto, mire, las visitas al Pazo son públicas desde el año 2006, incluidos los fines de semana, no solamente había que participar con el planteamiento de la Diputación. También una cosa nueva, también, ¿que quiere que le diga?. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio González. Sra. Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- De verdad que después de, ¿cuántos años lleva usted en la Diputación?, veinticinco, podía cambiar el argumento porque eso de que, -¿a culpa de quen é?, é do PP-, xa, y seguirá históricamente siendo siempre culpa del Partido Popular. Pero mire, ustedes, nosotros nos comprometimos en el año 2003 y así lo aprobó la comisión mixta, a hacer esa inversión, que el Sr. Touriño decidió no hacer en Pontevedra, pero fue usted, el gobierno del Partido Socialista, el Partido Socialista, no el PP, el que prometió veinticinco millones de euros y está aquí, viene aquí, “el pasado miércoles el Presidente de la Xunta, D. Emilio Pérez Touriño, visita la Finca de Lourizán, la Xunta ha consignado para el próximo año, -mintiendo el Sr. Touriño-, cuatro millones de euros que no estaban en el presupuesto”, para el 2006, porque esto fue el 15 de diciembre del 2005, cuatro millones de euros. Para resumir, les sigo con la noticia, “el ejecutivo gallego dice que Lourizán será la sede dónde se canalizará la gestión y la inversión del parque”, tal, tal, tal, ahora tras conocerse el destino final que tendrá la Finca de Lourizán con una inversión de veinticinco millones de euros, hasta el 2009. Y ahora usted dice que invertirá en lo que queda de año seis millones de euros, o sea, que ahora no invirtió nada, pero como usted bien dice, en lo que resta de año, de aquí a diciembre del 2008 invertirá ocho millones de euros. Mire, perdone, pero el Sr. Touriño y el Sr. Patxi Vázquez mienten descaradamente a los ciudadanos de Pontevedra, y ya está bien de tanta demagogia, de tanta prensa, de tantos proyectos faraónicos que nunca hacen, porque nunca ponen la primera piedra en ninguna obra, puede usted darse un paseito por la ciudad de Pontevedra a ver si encuentra alguna inversión de la Xunta de Galicia, de sus Consellerías especialmente, alguna en la ciudad de Pontevedra en estos años, pero la culpa es del PP, siempre es del PP. Mire, pues ya que la culpa es del PP a ver si tienen alguna idea, porque estuvieron dieciséis años pensando y en esos dieciséis años no son capaces ni de pensar en lo que van a hacer para hacer una reunión sobre Ence. Mire, trabajen un poco, de verdad, se lo digo de verdad, en pro de los ciudadanos de Pontevedra, déjese de tanta demagogia, que la gente ya está muy cansada de ver las inversiones en los periódicos, pero aquí de verlas en la realidad, pisarlas, y ver que después de la primera piedra de alguno se coloque la segunda y algún día ir a la inauguración y también disfrutarla, y esto lo prometió su gobierno, no el gobierno de Fraga, el suyo, y mintió, nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa por esas palabras. D. Emilio González. Sra. Pedrosa Silva.- No, porque me toca a mi acabar. Sr. Presidente.- ¡Ah, non!, está perfectamente claro entón. Non, non, vale, vale, se a vostede lle quedou claro xa o contido de Dona Teresa pois procedemos con esa claridade como dixo Dona Teresa Pedrosa para que este edificio emblemático de Galicia incluso, non só de Pontevedra, se restaure. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e cos votos en contra do PSdeG-PSOE, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a restauración, a rehabilitación e os novos usos do Pazo de Lourizán. Dita moción é como segue: “O Grupo Provincial do Partido Popular (PP) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación esta moción relativa á restauración, rehabilitación e novos usos do Pazo de Lourizán, propiedade da Deputación Provincial de Pontevedra. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- A Deputación de Pontevedra adquiriu en 1940 á Caixa de Aforros Provincial e á Marquesa de Alhucemas o Pazo de Lourizán. Trátase dunha edificación que pasou de ser unha Granxa no século XV –período do que quedan restos, como un pombal ameado de planta circular- a residencia de tempada do ilustre político pontevedrés Montero Ríos. O maxestuoso pazo, de grandes, elegantes e creativas dimensións, foi obra de Genaro de la Fuente. Está rodeado de 54 hectáreas que se reparten entre o xardín, a finca e o arboredo. Conserva especies forestais de árbores autóctonas (carballos, castiñeiros ou bidueiros) e doutras de alto interese (camelias, vides, palmeiras e especies exóticas como araucarias, cedros, magnolios, etc.). 2.- Dende a súa adquisición, a Deputación de Pontevedra cedeuno ó Ministerio de Educación para Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais e para Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes. Dende a década dos anos 80, o Pazo de Lourizán está cedido á Consellería de Medio Ambiente como Centro de Investigacións Ambientais e Forestais e ten como obxectivos principais a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galicia. 3.- En setembro do ano 2005, a comisión mixta de xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas acordou que Pontevedra fose sede do mesmo, barallándose a súa radicación en Lourizán, pero o propio presidente da Xunta de Galicia anunciou que sería Vigo. 4.- O día 13 dese mesmo mes, representantes socialistas no goberno do concello de Pontevedra indicaron que o proxecto para o Pazo de Lourizán e que, en breve, anunciarían a instalación nel dun Centro de Estudos Medioambientais que levaría aparelladas obras de rehabilitación do Pazo. 5.- Dous días despois é a propia Consellería de Medio Ambiente a que distribúe unha nota na que di que o futuro de Lourizán está sen aludir ó devandito Centro e limitándose a explicar que se levarán a cabo accións de grande interese e proxectos importantes que excederán o ámbito das Illas Atlánticas e se estenderán a todo Galicia. 6.- O 18 de novembro de 2005, o Deputado Guillermo Meijón (PSOE) di que as actuacións previstas en Lourizán superan á sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, destaca que acollerán un centro de investigación de nivel europeo e precisa que albergará un Centro Medioambiental. 7.- Un ano despois, o 2 de outubro de 2006, o propio Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, anunciou nunha visita ó Pazo o financiamento específico para restaurar o edificio que, segundo el, conlevará actuacións en todos os inmobles da finca. Destacou que a Xunta pretende coordinar dende Lourizán toda a información medioambiental de Galicia e adiantou que, este mesmo mes, presentará todo o proxecto, que acadará un investimento de 25 millóns de euros, 4 dos cales xa se consignarían no citado ano de 2006. 8.- En vista de que, un ano despois, en decembro do 2007, non se levara a cabo ningunha acción das reiteradamente anunciadas, o Grupo do Partido Popular no Parlamento Galego presentou unha pregunta parlamentaria, que non foi respondida, e unha Proposición Non de Lei que reclamaba á Xunta poñer fin ó alarmante deterioro do Pazo de Lourizán. 9.- Recentemente, dende que a Deputación puxo en marcha o programa , varias asociacións da provincia que participan nel destacaron o deterioro do Pazo de Lourizán e a necesidade de proceder á súa inmediata restauración antes de que as perdas sexan irreparables. Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopten os seguintes acordos: 1.- Instar á Consellería de Medio Ambiente a que cumpra o seu reiterado compromiso de ubicar no Pazo de Lourizán o anunciado Centro Medioambiental de Galicia, cun investimento de 25 millóns de euros. 2.- Instar á Consellería de Medio Ambiente a que, paralelamente, proceda a unha restauración e rehabilitación integral do Pazo de Lourizán en vista do seu progresivo e lamentable deterioro. 3.- Instar á Xunta de Galicia a que defina un programa de usos da finca e do Pazo, en vista do seu alto grado de interese ecolóxico, medioambiental, social, histórico e turístico das súas instalacións.” 7.5693.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE O URBANISMO Sr. Presidente.- Punto número sete da orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre o urbanismo. Ten a palabra D. Xosé Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días a todos. Como xa anunciaron cal ía a ser o voto das Mocións que presentamos o Grupo Popular pois loxicamente xa a priori vese poucas posibilidades de convencelos do contrario. En todo caso antes de entrar en materia, que a farei brevemente, que a farei moi brevemente, dicir que xa está ben do “San Benito” que nos queren colgar, o Sr. Mosquera cada vez que intervén di que “se estamos vivindo nun estado de esquizofrenia o Partido Popular”. Mire, mírenos para as caras, temos bo aspecto case todos ou todos, non estamos nada compunxidos e estamos gobernando esta casa e máis moitos concellos da provincia de Pontevedra. Polo tanto nós non estamos na oposición, nós estamos no goberno, o que pasa é que se vostedes o que pretenden é poñernos unha mordaza para que a cambio diso poidan dicir vostedes que somos bos rapaces, pois iso non o van a conseguir. Nós queremos ser bos rapaces porque entendemos que somos bos rapaces e boas rapazas, pero iso non significa que non denunciemos o que entendemos que se debe denunciar, aínda que algunhas veces nos equivoquemos pero moitas outras acertamos. Dá a sensación de que vostedes que foron moito tempo oposición, dá a sensación de que, fíxense como facían vostedes oposición e como a facemos nós e parece que nós somos os malos, nós somos os que estamos moi constriñidos, pois non, nada máis lonxe da realidade, nós simplemente defendemos o que entendemos que é noso, denunciamos o que entendemos que está mal, e nós o que queremos é non estar amordazados. Polo tanto feita esa primeira explicación, dicir que a moción que vén agora sobre o urbanismo é que despois dunhas xornadas que houbo aquí interesantes, onde se pretendía que houbera unhas conclusións, iso levounos a facer unha moción que basicamente o que pretendemos é unha cousa moi sinxela, que é a sensibilización da Xunta nun tema hipersensible como é o tema urbanístico. Saben vostedes, e vostede Sr. Mosquera e máis eu tivemos reunións na FEGAMP por este asunto, que sempre nos queixamos o poder local, e a Deputación tamén é un poder local, de que nestes eidos se contou pouco connosco e sen embargo á hora de intentar pagar o pacto parece ser que somos os verdadeiros responsables. Eu creo que xa está ben e dígolle ó Sr. González, porque será o que me diga despois, que a culpa se nos queira votar sempre ó Partido Popular, si, é certo que gobernamos dezaseis anos, ben, admitamos que en urbanismo pois puidemos ter algúns fallos e que non fixemos as cousas, non as fixemos mal pero ó mellor tampouco as fixemos demasiado ben. Pero miren, é que vai acabar unha lexislatura e parece que vostedes non teñen ningunha culpa, e miren, os concellos temos moitas eivas, pero non todas, a Xunta de Galicia non fixo os seus deberes, pero non fixo os seus deberes en temas que nos teñen atados de pes e mans ós concellos, encima cada día vén un novo, póñennos un novo parapeto para saltar e a día de hoxe que xa o goberno anterior as tiña que ter aprobadas, non hai directrices de ordenación do territorio. Bueno, eu non sei como poden pretender que fagamos urbanismo nos concellos, non hai directrices de ordenación do territorio, xa as tiña que ter feito o anterior goberno e non as fixo, pero tres anos e medio despois, pero, vamos a ver, nós gobernábamos, D. Emilio, pero non gobernamos, e suponse que se non gobernamos vostedes tiñan que solucionar algunhas cousas que se podían mellorar, pois a día de hoxe, acabando unha lexislatura que creo que dentro de pouco se anunciará cando son as próximas eleccións, e xa entraremos no período preelectoral, senón estamos xa, pois a día de hoxe non hai directrices de ordenación do territorio, non hai regulamento da Lei 9, unha Lei do 2002, dende a FEGAMP emendámola por unanimidade para cambiar nove puntos, tampouco se cambiaron. E o Plan do Litoral cando se puxo en marcha díxosenos que no ano 2008 que ía a estar feito o Plan do Litoral, agora xa se nos di, eu vin nos xornais antes de onte, que do ano deste ano que tararí, tararí, o tope sabe, que está recollido no propio Regulamento son dous anos, eu asegúrolle que nos dous anos que se deu de prazo ó goberno non o dá feito, nin de broma, porque para facelo xa tiña que estar a exposición pública, e non está nin elaborado o borrador, sei que é complexo, sei que é complicado, pero aquí votouse o carro antes dos bois, e o problema agora quen o ten pois son os concellos do litoral que non teñen plan e os que están facendo o planeamento e teñen litoral van aviados se pretenden poder negociar coa Xunta algúns aspectos. Polo tanto o que é certo é que en urbanismo os concellos algunha cousa puidémola facer moito mellor, certo, a administración local en xeral, tamén ó mellor esta casa, pero o que non cabe dúbida é que a Xunta que é quen ten que mover ficha neste tema non fixo os seus deberes, pero é que acaba a lexislatura sen un só logro nesa materia, e poñendo novos atrancos, porque antes saltar o parapeto de urbanismo era complexo, agora saltar o parapeto de Medio Ambiente, xa se converte noutra tremenda complicación, sobre todo porque a normativa que se aplicou en Galicia por estar tranquiliños e durmidos pois ocorreu que fixemos unha transposición literal da normativa europea cando nos permitía flexibilizala como fixo Cantabria ou como fixo Asturias, nós esperamos ata o último e cando non puidemos máis collemos e pumba, traducímola ó galego e aí vai, e agora, e somos máis papistas que o Papa, onde realmente tiñamos uns problemas moi serios quixemos pasar o efecto péndulo do nada ó todo e ó final pasa o que pasa. Agora aínda é máis complexo, porque primeiro tópaste con Medio Ambiente, logo, antes de toparte con Urbanismo tópaste con Patrimonio que é coma o can do hortelano que non come nin deixa comer, e logo tópaste con Vivenda que tamén nalgúns concellos pois diche que hai que reservar o 40%, que pode inviabilizar moitos plans xerais, sobre todo moitos polígonos de desenvolvemento van quedar, ó mellor en Vigo non, ó mellor en Santiago se cadra tamén, e na Coruña tampouco, pero o resto, pero asegúrolle que en Santiago, ou Lugo, ou Ourense, ou calquera outro concello mediano, dende logo co 40% de vivenda protexida vai ser moi difícil sacar para adiante un proxecto de sectorización ou un plan parcial. Pero bueno, esa é outra historia. En definitiva, que hai unha sensibilización, nós queremos sensibilizar á Xunta que co tema de urbanismo pois hai que poñerlle veto, hai que arranxalo, porque senón é malo para Galicia e ó ser malo para Galicia tamén é malo para os concellos, e os concellos non damos feito o urbanismo. Aí van unha serie de propostas que poden estar máis ou menos consideradas, en definitiva hai unha importante que é a que quero resaltarlle que é que dende a Deputación nos ofrecemos para colaborar coa Axencia de Protección da Legalidade, no Instituto de Estudo do Territorio, que se ten que constituír xa, está firmado dende hai dous anos, para axudarlle ós concellos a facer o planeamento e aí si que a Deputación podemos votar unha man. Entón, en definitiva, o que se trata nesta Moción é sensibilizar que o tema urbanístico xa sabemos que é moi complexo, xa sabemos que poñerlle o cascabel ó gato é moi complicado, pero dáse feito dende un consenso institucional e a nós non nos dan vela no enterro, nin á Deputación, nin ós concellos, que nos dean vela no enterro, e asumimos a responsabilidade que nos toca. E con iso, iso é o fundamental, a idea desta Moción, van basicamente por aí os tiros. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. José Crespo. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. A ver, a min non me gustaría que este Pleno como é habitual derivara en falar de todo menos do que estamos falando. É obvio, coñecido e público, que o Sr. Crespo sabe destes asuntos moito máis do que figura na Moción, polo tanto non defendeu a Moción porque sabe que a Moción é unha, vámolo a dicir así, trapalladiña, unha trapalladiña, que non vai a ningún lado e que contradí profundisimamente, profundisimamente, tanto os feitos que teñen sucedido en urbanismo como o que, vamos, a realidade e as solucións que se poden aplicar. Eu non sei se ten sentido facer un relatorio que foi por onde se escapou o Sr. Crespo, dos problemas que pode haber hoxe en urbanismo, que pode haber hoxe en urbanismo en Galiza, nun debate sobre esta Moción. Evidentemente comprenderán que non teño ningún problema, ningún problema en facelo ou en reproducilo. Pero máis ben, máis ben vamos ir por cuestións concretiñas tanto do que sucedeu nas xornadas como no que di a Moción. No que se falou nas xornadas quero facer constar aquí publicamente a máis profunda queixa porque resulta que as persoas que se encargan da xestión, ou nese título estábamos, do urbanismo a nivel local, resulta que non temos nin nome nin apelidos, nin aparecemos no programa, e incluso pois o enfoque despois tampouco foi moi afortunado, tampouco foi moi afortunado, os feitos están aí e polo tanto pois quero deixar constancia publicamente, porque parece ser que todo o mundo ten solucións e que ten maravillas e enfoques parciais que despois resulta que parece que non funcionan, pero, ou funcionan parcialmente, pero parece que ten interese que falemos os xestores nas xornadas e resulta que non temos nin nomes, nin apelidos, nin funcións. Ben, dito isto con respecto á Moción, a Moción está, dicíame o Sr. Crespo á entrada, supoño que non lle molestará que o diga, que está redactada por algún técnico ou o que sexa. A Moción é terriblemente política, o que non quere dicir que fora escrita por algún cargo público, que son dúas cousas distintas. E é terriblemente política por varios motivos, por varios motivos. O primeiro, reclamamos participación activa das Deputacións Provinciais na Axencia de Protección da Legalidade e no Instituto de Estudos do Territorio, no Comité Asesor do Hábitat, no Observatorio da Vivenda, na Secretaría Particular de Urbanismo e máis nas conversacións que haxa para xestionar as cousas, correcto, estas dúas cousas non as di obviamente, correcto. Pero é que as Deputacións tiveron participación activa no urbanismo, coa Lei do 85, na Lei do 97 suprimiuse e seguiu tendo outras funcións que eran colaborar cos concellos para o urbanismo e facer planeamento cando afectaba a máis dun termo municipal. Esta Deputación por exemplo tramitou no seu momento o Plan Especial do Porto de Marín porque afectaba a máis dun termo municipal. E a Lei do 2002 suprimiuna, e a Lei do 2004 suprimiuna. Ou sexa que non foi unha veleidade dun momento do Partido Popular senón que foi unha liña constante, en vista da demostración obvia e clara de que esta casa e outras, as Deputacións, as competencias que tiveron en urbanismo nunca, nunca, as exerceron, nunca, nunca. Polo tanto unha liña, unha traxectoria de 20 anos, de 20 anos, con tres, catro cambios lexislativos, nos que todos van na mesma dirección, e que ninguén protestou, ninguén, nin no 97 nin no 2002, ninguén dixo nada, porque as Deputacións perdían as competencias que tiñan en urbanismo, e máis ben se felicitaron. Agora resulta que o problema, ou sexa, decisións todas do Partido Popular que á parte por outro lado, por outro lado comparto, comparto, pero agora resulta que o problema é que as Deputacións cando si lle deron participación. A Lei do 97 en concreto dicía que as Deputacións tiñan entre as súas obrigas a asistencia técnica porque está na Lei de Bases ós concellos, e resulta que na Moción, verdade, fan un requiebro, fan un requiebro, e din que a asistencia técnica ós concellos a faga a Xunta, ou sexa, ata delegan do que non por Lei Urbanística, senón por Lei de Bases, nin máis nin menos, é competencia desta casa, ata delegan, é competencia desta casa a asistencia económica, técnica, xurídica e demais ós concellos que non teñen capacidade para facelo, é a única competencia real desta casa á parte de defender os intereses da provincia. Pois resulta que renuncian, como renunciaron a exercer as competencias de urbanismo que tiveron, renunciaron drasticamente. ¿Por que?, bueno, pois porque andan a outra cousa a Deputación, porque nunca lle preocupou este campo ou porque é moi enfarragoso ou porque estimaron que lle daba máis votos ou máis influencia por outro tipo de cousas que non son competencia desta casa, aí está a historia. Por iso me sorprende moitísimo a Moción, me sorprende moitísimo que se poidan dicir outras cousas. E con respecto a todo o anterior, a todo o anterior, á parte están criticando neste aspecto dunha maneira larvada ou directa a unha Xunta que é a que máis cartos está dando para axudar ó planeamento e que tamén está dando cartos para aplicación da norma do hábitat, etc., pero bueno, non quero entrar a defender a Xunta ... quero falar de urbanismo en xeral. E con respecto ó anterior, todas estas cuestións, que se cumpran os prazos, que se axilicen, que non sei que, que non sei canto, mire, hai un problema, hai un problema, esta é a parte máis política, de maneira inocente, aparentemente inocente, é a parte máis política, e vostede a coñece tan ben coma outros, hai un problema tremendo que é que a actual Lei do 2002/2004, Cuiña-Feijoo, Núñez Feijoo, é un dislate para este país, se adaptará fantasticamente a Túnez, a Cidade Real, ou sexa, Castela-La Mancha, ou a Calabria, non o sei, isto, dende logo aí débese adaptar de maravilla, para Galicia é unha catástrofe, efectivamente é do 2002, é do 2004, e aí asumo, digamos, asumo, fago a mesma crítica que se podía facer, de que está asinado o pacto de goberno de 2005 de que se ía a cambiar, e non se fixo, e non se fixo. Vostedes non fan referencia a iso, non atacan por aí, porque como é a súa Lei non o queren facer. Miren, chámenlle ás cousas polo seu nome, con esta Lei non vamos a poder facer nada áxil e realista en urbanismo. Ou sexa, teremos un embrollo cada vez máis gordo, que é o que está a pasar, vostedes poden dicir, non, a Lei é nosa pero cambiámola, bueno, ou que a cambien, de acordo, de acordo, pero é o único no que podo estar de acordo con vostedes, pero asuman que fixeron unha Lei, que fixeron unha Lei, que será fantástica, xa digo, para Castela-León ou para o que sexa, pero para Galicia non se adapta para nada. E cunha Lei así, cunha Lei así, votarlle a culpa que un Funcionario informou, tocou as narices onde as tocou, é unha tontería, ou sexa, é unha tontería, o problema de fondo é o que é, é o que é, ou sexa, non se adapta, pero, dende a cabeza ata os pés. Nin a definición de Solo Urbano, que tal como foron construídas as vilas e as cidades galegas se se aplica cun pouco de rigor total resulta que non é urbano nada, ou non cumpre nada, nin non consolidado. Bueno, e non falemos xa de todas as Rías Baixas e o que son núcleos urbanizables e demais, porque iso non hai experto que ..., ou sexa, non existe, directamente todos os que foron núcleos rurais amplíados con todas as casas que hai polas Rías Baixas nin existen, non hai maneira de metelo en ningún lado, é un dislate de Lei, un dislate, un dislate, e claro, non hai maneira de aplicala. Entón ó aplicala topámonos co choque brutal e coa realidade, e iso, recoñézano, vostedes teñen a culpa fundamental de ter feito a Lei, e en todo caso a Xunta actual terá culpa de non tela adaptado, as razóns que dan é que andar cambiando de Lei cada dous por tres pois aínda pode facelo peor, bueno, non sei se é esa ou non é. Polo tanto é profundamente desafortunada a Moción, profundamente desafortunada, estritamente política, estritamente política, de que o problema de “tiquis miquis” e máis non sei que, escapa das competencias da Deputación, vostedes con isto están dicindo de que na Deputación non pensan nin queren, nin son capaces de exercer as súas competencias, de asesorar ós concellos e demais, din, bueno, que a Xunta asesore, que a Xunta poña máis medios, que a Xunta poña non sei cantas cousas, cando é competencia estrita desta casa e obriga estrita desta casa e non o fan. Bueno, eu creo que con eses termos pois a verdade é que non lle podemos votar a favor, non lle temos ningún medo, é dicir, é obvio que vostedes presentan aquí unha Moción aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid, o fin está moi claro, pero a Moción é profundamente mala, sesgada e non corresponde para nada ós problemas reais. Só falta dicir que aquí un alcalde foi un día a unha Consellería e o porteiro non estaba de bo humor e non lle puxo os papeis a tempo porque pasaba, non llo cuñou porque pasaba da unha da tarde. Vamos, como se iso fora o problema do urbanismo, só lle falta poñer iso, vostedes saben perfectamente cales son os problemas do urbanismo en Galicia e dende logo entre eles por exemplo pois maravillas como que un plan que vai ter oito anos de vixencia leva oito anos facelo. Eu puxen un exemplo aquí cando foi do debate, fantástico, é dicir, só faltaba que un que vai exercer trinta anos de médico lle leve trinta anos a carreira de medicina, estaríamos todos tolos, iso non o fai ninguén, e o que si hai de fondo Sr. Crespo e o comparto con vostede é que ningunha administración se atrevería a facer para ela mesma o que fai cos concellos, pero na Lei, ningunha administración poñería que hai que facer unha cousa tan enfarragosa, imposible, complexa, fóra de lugar e discrecional, como é hoxe un plan xeral tal e como está na Lei, porque sabe perfectamente que non vai a poder exercelo. Ben, iso estamos de acordo, pero iso só leva unha vía que é cambiar a Lei, en serio, en serio, e demais. E poderíamos incluso entrar por que está así na Lei, por que está así na Lei, e non hai outra figura, e no fondo é profundamente ideolóxico, profundamente ideolóxico, profundamente político pero máis que político, ideolóxico; un, nos plans o que se prima non é o público, que iso se fan xa moi facilmente senón os dereitos da propiedade dos privados, co cal sae un fárrago de aquí a pasado mañá, sae de aquí a pasado mañá, e non vou a entrar a discutir como se podería afrontar iso, que tamén habería moito que falar; e dous, facer unha Lei que sexa máis allea á realidade galega do que se pode facer, ou sexa, discorran, iso é o que temos, iso é o que temos hoxe, con esas dúas cousas pois non vamos a resolver, cando se queira resolver plantéxenno e conten co noso apoio ou co meu expresamente para turrar por unha modificación da Lei conceptuadamente, non sei se os tempos están para facer unha Lei dese tipo, dubido, pero bueno, se estivera dende logo, por ese camiño aquí, porque senón moi poucas solucións vai ter. Perdón pola extensión. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, bos días. Mire, Sr. Crespo, eu, di vostede na súa primeira intervención que bueno, como xa coñece o sentido do voto, que case escusamos discutilo, etc., etc. Home, si, o sentido do voto coñéceo porque o anunciamos, pero é certo que o que vostedes plantexan aquí non ten desperdicio. Vamos a ver, mire, dicir como di vostede nalgunha parte da Moción que está sen desenvolver o regulamento da Lei 9 e achacalo en exclusiva ó actual Goberno de Galicia, pois, ¿que quere que lle diga?, iso en política se lle chama cara dura política, cara dura política, porque mire, Lei de 2002, modificación de 2004 e o actual goberno entra no outono do 2005, é dicir, tiveron vostedes máis tempo para facelo gobernando do que ten o actual goberno, é dicir, estanlle esixindo algo ó actual goberno que vostedes en máis tempo non llo esixiron ó seu, home, recoñecerá comigo que non é moi elegante, por utilizar unha palabra suave, recoñecerá comigo que non. Despois claro, cando un, aínda que non o diga no texto da Moción, fala un pouco demais como lle pasou a vostede nalgún apartado pois se lle escapan cousas, claro, estar falando de que as trabas que plantexan, toda a tramitación medioambiental, e que como non había tempo o que se fixo foi copiar a europea directamente sen facer o que fixo Cantabria, porque a de Asturias tamén lle chega, aínda que vostede diga que é máis suave tamén lle chega, pois si, pero claro, esquécese de dicir que cando outras comunidades empezan a aplicar esa normativa europea no ano 2001, 2002, aquí vostedes que estaban gobernando naquel momento non quixeron saber do tema, tamén se lle esqueceu dicir iso. E entón claro, pois seguimos coa mesma, na mesma argumentación, Lei de Litoral e tal, home, eu creo que se en algo estamos todos de acordo é que a desfeita que se estaba facendo co litoral había que parala, iso creo que estamos todos de acordo, e non lle mirei a ningunha forza política bendicir barbaridades que se estaban facendo no litoral de Galicia, como noutros litorais do Estado tamén, bendicilas dicindo que tal, non llo oín a ninguén e supoño que vostedes tampouco están nesa tese, pero claro, estamos no mesmo, é dicir, é que non se vai a cumprir senón pasou o prazo, e xa din vostedes non se vai a cumprir, e probablemente e o anunciaron o outro día, se retrase, probablemente, pero claro, quen gobernou dezaseis anos e non puxo nin un só dedo no tema pois, ¿que quere que lle diga?, moita autoridade moral para acusar ós demais non ten, seguramente non, pero claro, é dicir, isto é consecuencia, esta Moción, non é consecuencia das xornadas, é consecuencia dunha contratación, sexamos claros, igual que o sesgo que se lle quixo meter a determinadas partes das xornadas tamén, é a mesma consecuencia, é dicir, miren, vostedes tiñan que colocar a alguén e se inventaron unha historia, é dicir, bueno, nada, vamos a contratar aquí de asesora, de asesora urbanística do Presidente da Deputación, organismo que non ten competencias en urbanismo, pero bueno, curioso, e contratan unha asesora para o Presidente, porque volvo a repetir, esta persoa que asesoraba a un alcalde do Partido Popular en Sanxenxo pois agora danlle unha saída e a nomean asesora aquí, e o fan cun único fin nada máis, de colocar a alguén por un lado e por outro lado de seguir ou de iniciar unha andadura nesta política de ariete que é a que queren facer, ben, pois xa está, nesa mesma historia meten as xornadas e nesa mesma historia aparece esta Moción e aparecerán máis cousas, seguro que si, aparecerán máis cousas. E home, de todo o texto ó mellor, ó mellor, nós poderíamos recoller, que por certo o plantexamento non é de vostedes, loxicamente, senón si é algo que plantexaron incluso os técnicos, fundamentalmente que participaron nas xornadas, poderíamos recoller o da tramitación dixital, poderíamos ata poñernos de acordo entre todos, pero non dende a Deputación porque é un absurdo, e seguro que estamos todos de acordo en que os concellos temos algo que dicir máis do que ata agora se nos permitiu dicir en urbanismo, pero do que se nos permitiu dicir antes do 2005 e despois do 2005, seguro que si, e seguro que estamos todos de acordo en iso, os tres grupos, seguro, seguro, pero claro, cando se fai tabla rasa de todo o anterior, que parece que non existía nada antes, e que ó mellor non existía, e parece que só se fai urbanismo dende o ano 2005 para adiante, dende finais do 2005 para adiante, pois isto non dá moito xogo. Eu volvo a repetir, é dicir, e o que lle dixo antes o Voceiro do BNG, eu estou totalmente de acordo, se queren ir por ese sentido, que a Lei é un desastre e hai que facer unha nova ou modificala de tal xeito que pareza nova, pois tamén estaríamos de acordo, seguro, este Grupo Provincial está absolutamente de acordo con ese tema, absolutamente de acordo. E se lle ten que dicir ó seu goberno, é dicir, nós ó noso goberno, que nos sentimos defraudados por manter a mesma Lei e o estamos dicindo, o estamos dicindo sen ningún problema, ningún en absoluto, claro, non oín en ningún momento ó Partido Popular dicir o mesmo da súa Lei anterior, que era un desastre, e segue sendo un desastre Sr. Crespo. E claro, non me fale vostede de que nós dende a FEGAMP propuxemos e tal, si, propuxeron, pero non lle fixeron nin puñetero caso e eu non mirei nesta institución pronunciarse este Pleno antes tampouco, nunca o mirei, nunca, acórdanse agora de que se teñen que pronunciar sobre determinados temas, bueno, pois si. Mire, por certo, cales son as diferenzas na tramitación, cando falan vostedes das esperas e demais con determinados organismos, cando falan de patrimonio, de costas, etc., etc., etc., pois mire, ¿sabe unha cousa?, probablemente ó mellor vostedes están mal acostumados, probablemente, porque mire, os demais concellos temos exactamente, practicamente o mesmo tempo de espera, en Costas, o mesmo que temos agora, exactamente igual. Ó mellor é que vostedes como funcionaban doutro xeito e como eran de los suyos sacábanllo antes, pero ós demais xúrolle que o tempo era exactamente o mesmo, curioso, curioso, curioso que cando a realidade é para todos pois resulta que ós beneficiados antes agora lles pareza mal, pois non, volvo a repetir, a tramitación en Costas tarda exactamente igual que tardaba antes e lle digo porque algunha tramitación estamos facendo nese tema, e noutros organismos igual, exactamente igual. Volvo a repetir, ó mellor a diferenza é que vostedes como teñen ese costume moito “mira que yo soy de los tuyos, sácamelo antes”, pois ó mellor con vostedes era diferente, con nós dende logo era igual, e agora nos seguen sacando no mesmo tempo, é dicir, non practican lo de “como eres de los míos te lo saco antes”, ¿me entende?. Ben, vamos a votar en contra e non temos máis que discutir nestes temas. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, eu creo que nin eu os vou convencer a vostedes nin vostedes a nós e polo tanto alargar moito este debate creo que non é produtivo nin é serio. Simplemente un par de pinceladas, vamos a ver, ¿ata cando vai ser culpa dos males deste país do Partido Popular?, teñen que pasar catro lexislaturas como as que estivemos nós e aínda cando vaian na cuarta irán dicindo que é culpa nosa. Pero por favor, sexamos serios, en tres anos non fixeron absolutamente nada neste terreo, nada, nada, e cando digo nada é nada. E Sr. Iglesias, González, mire, é certo, González, si, xa dixen González, dixen Iglesias pero despois dixen González, mire, non é que agora vaian máis lentas as cousas que antes, non é certo que antes os do PP chamáramos para que foran as cousas nosas e as outras non, mire, antes ía todo lento, agora non vai, simplemente non vai, nin lento nin largo, non vai, está atascado todo, para vostedes e para nós, o cal quere dicir que é un mal de país, oe, que é un tema moi peliagudo e é un tema moi preocupante, polo tanto o problema é que non vai, á parte que está todo o mundo, primeiro que hai pouca información sobre o tema, segundo que hai poucos técnicos e terceiro que o que máis e o que menos está acongojado, co cal agora simplemente non vai, entón para deixar de falar de historias, ¿que é importante?, eu son partidario e cos defectos que tiñamos o Partido Popular, porque seguro que cando gobernamos cometemos moitos erros, tamén tivemos moitos acertos, pero o que é certo é que en tres anos non se fixo gran cousa, e iso téñeno que recoñecer, e nós temos que mirar polo de agora, ¿ou é que nós vamos a responder aquí dalgunha cousa que fixo o goberno de D. Manuel Fraga?, eu creo que a nós agora tócanos falar nesta partitura, estamos tocando esta partitura, a outra xa vai “ilo tempore”, a outra xa a xulgaron as urnas e moitos máis, nós agora estamos tocando unha partitura e nós a parte que nos toca desa partitura dicimos o que opinamos. Polo tanto, non sexan vostedes demagogos porque independentemente de que a Lei 9 poida ser moi mellorable, Sr. Mosquera, a Lei 9/2002 e despois reformada no 2004, tecnicamente é moi boa, que é para outro sitio, que é para Suíza ó mellor máis que para Galicia, nalgúns aspectos podemos estar de acordo e noutros non, é unha boa Lei tecnicamente, ¿sabe cal é o problema?, de que se puxo unha Lei moi boa tecnicamente nun país que no tema urbanístico tocabamos á misa cunha manta, e loxicamente non soaba a campá, entón a Lei é boa tecnicamente e non nos acuse vostede precisamente a nós de que é mala. E mire, algunhas eibas que ten esa Lei, eu no seu momento díxeno, é que é Lei do Solo e de Protección do Medio Rural, tiña que haber unha Lei do Solo e outra de Protección do Medio Rural, xuntaron todo nunha, e, ¿sabe por que xuntaron toda nunha e por que moitos dos “defectos” que poida ter saben por que os ten?, ¿saben vostedes por que?, por razóns obvias eu podía ter algo máis de contacto co Conselleiro que a pariu, e vostede sabe coma min e máis xa llo dixen nalgunha ocasión, e repítollo agora aquí diante de todos os do Pleno, que houbo moitos gurús nesa Lei, e algún gurú ideoloxicamente pouco tiña que ver connosco, se cadra acercábase máis a vostedes, polo tanto como en todas as Leis maxistrais sempre están insufladas dalgún coñecemento estratosférico dalgún gurú que se cre que é o rei do mambo nesa materia, e esta tamén adoece diso, e recoñézoo, pero iso non é óbice para que desde que por unanimidade na FEGAMP lle plantexamos nove cambios, que non se fixera nada, porque a día de hoxe non se fixo nada. A Lei estatal está en vigor, hai que adaptala á nosa e non se fixo nada, e os concellos estamos sufrindo esas consecuencias. En, ¡ah!, esquecíame dicirlle ó Sr. González que esa funcionaria á que fixo referencia, eu creo que no debate político non debemos meter as persoas, sobre todo cando son técnicos, é dicir, é unha funcionaria do concello de Pontevedra, é unha funcionaria do concello de Pontevedra, que ten todo o dereito a facer o que fai, eu creo que non hai que denomizar a ninguén. Esa funcionaria estivo no concello de Sanxenxo e agora está aquí, pero mire, vostede equívocase na súa apreciación nun detalle importantísimo, di que está como asesora do Presidente, mire, o cargo é o de menos, esa señora veu para aquí para asesorar ós concellos, de todas as cores, senón faga vostede o experimento, veña cunha cousa de Redondela, vaille consultar, a ver se non o asesora, dentro do que ela saiba está para asesorar ós concellos, non ó Presidente, que tamén o pode asesorar si o necesita, pero vén aquí para asesorar ós concellos da provincia, sen excepción, sexan dunha cor ou doutra, polo tanto, por favor, un respecto, non se meta coas persoas, que é un técnico, e creo que de momento non fixo ningunha alloada que se poida dicir que politicamente actuou para aquí ou para alí, e que non atende igual ós concellos do PP que ós do PSOE que ós do Bloque. Por último e conclúo para non alongar isto, eu son partidario de que coas cousas de comer non se debe xogar. E hai moitas cousas de comer, como pode ser a sanidade, a educación, etc., etc., que non debíamos xogar, o cal demostra ó mellor unha certa inmadurez política despois de trinta anos, e unha delas ca que non se pode xogar e estou totalmente de acordo, é co urbanismo, e non se pode facer falsa demagoxia, nin sementar falsas esperanzas, Galicia necesita un pacto polo territorio, porque está demostrado que é imposible facer urbanismo neste país dunha maneira sentada, haxa que cambiar a Lei ou non, hai que facer un pacto polo territorio, entre a Administración Local que é a sufridora e a Administración Autonómica que é a que ten a Lei, ese pacto polo territorio, ten que haber en primeiro lugar xenerosidade de quen ostenta o goberno, para con certa humildade, que non a hai, propoñerlle á oposición, oiga, por aquí imos mal, hai que organizar este desbaraxuste, hai que organizar este galimatías, sentémonos e pactemos o que haxa que pactar e aquí ten que ser a dúas bandas, unha no Parlamento entre os distintos grupos parlamentarios, e outra entre a Xunta de Galicia e a Administración Local, porque senón non haberá quen faga o urbanismo neste país, o demais é todo demagoxia e os partidos políticos podémoslle arrimar a ascua á nosa sardiña en calquera apreciación que nos dea a gana porque é perfectamente lexítimo, pero hai certas cousas que creo que debían de estar por encima do xogo político, unha delas é o urbanismo e ese pacto polo territorio que Galicia necesita a caixas destempladas porque senón vannos pasar factura a corto prazo xa, a todos. Nada máis. Sr. Presidente.- Nada máis. Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, moi brevemente, vouno cumprir. Dúas cousiñas así moi claras, pasou, hai tres anos que vostedes non están no goberno, Núñez Feijoo xa non propón leis como a modificación do 2004, etc. Pero vostedes están gobernando aquí e teñen unha obriga que cumprir que é colaborar, evidentemente, poñendo os medios para que os concellos teñan eses recursos e na Moción se escaquean directamente e van por outra vía. En segundo lugar, iso de que a Lei tecnicamente é moi boa, hai, o sábado pasado celebrouse o 50 anos de implantación da carreira de matemáticas en Santiago e non puido ser no edificio onde está, que parece que tecnicamente era boísimo, era boísimo, era un proxecto, creo que dun arquitecto galego, que estaba concedido para Ceuta e o plantaron en Santiago e cando se daba clase non se escoitaba nada polas terrazas que tiñan, ou se quere pois, todos eses institutos de ladrillo visto, que era un proxecto que tecnicamente algúns eran fabulosos, que estaban pensados para Andalucía ou para Castela-León. E tecnicamente eran fabulosos e dirixíronnos algúns técnicos de aquí, iso non me vale, iso non vale, non vale, iso é o que está a suceder, o que está a suceder, dunha maneira clara e contundente, esa lei fixérona, hai que modificala e esa serie de cousas, agora eu non creo que sexa cuestión de pasarnos aquí, dándolle voltas falando do urbanismo, metendo quiñentos mil, porque vostede está falando da tramitación e da relación dos concellos para sacar adiante o planeamento, iso parece ser que o quere sacar. Metéronse aquí en quiñentos mil aspectos, quiñentos mil aspectos que creo que o Sr. Crespo só denota unha cousa, só denota unha cousa, mire, estou profundamente convencido, profundamente convencido, de que se isto non fora unha decisión política e tocara as narices co urbanismo e metera unha moción no Pleno, vostede escribía algo totalmente distinto, totalmente, totalmente, porque ou hai, porque senón, entón si que tiña que pensar que é profundamente esquizofrénico, é que non ten nada que ver, non ten nada que ver, ou sexa, e non quero cambiar, pero unha cousa é a lozanía, a apariencia ou demais e outra cousa é que haxa certos problemas, verdade, podemos poñer os que queira, é dicir, algún destes que están saíndo en Madrid agora dicindo que eran colaboradores íntimos e non son, saen cunha cara de risa, vamos, e cunha solvencia na cara e demais, igual coa nosa forza política que con outra, e non ten nada que ver as contradicións profundas que teñen, que exercen de oposición, vostede mesmo agora se lle escapou, é dicir, é que agora nós estamos noutra, na Deputación estamos na oposición, é que o vou a dicir, oposición á Xunta, ou sexa, o veu a dicir. Bueno, eu creo que está suficientemente claro, columpiáronse e eu pediríalle, pediríalle que retiraran a Moción, pediríalle que retiraran a Moción, porque é, non se sostén por ningún lado, ou sexa, non se sostén por ningún lado, supoño que non lle van contestar, pero se lle contestan, dirían, apartado a), cumpran coas súas obrigas da Lei de Bases, o outro, cumpra con non sei que, e vamos, tranquilamente e terían toda a razón do mundo, terían toda a razón do mundo, vostede sabe que a terían e polo tanto creo que é mellor que a retiren, xa, en fin, discutimos todos nas xornadas, seguimos discutindo aquí, e creo que sería mellor, eu agardo do seu rigor que o fagan, senón o fan entón é que non se trata de facelo mellor nin de mellorar nada, trátase doutra cousa, e outra cousa alá vostedes. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, dúas cousas moi breves Sr. Crespo. Mire, tan claro coma unha cousa, se eu quero de verdade montar un servizo de asesoramento ós concellos, na relación de postos de traballo da Deputación saca unha serie de prazas como funcionarios, coas persoas adecuadas para facer ese traballo e non me aparecería na relación como persoal eventual de confianza, diferenza fundamental, Sr. Crespo, diferenza fundamental, fundamental, e o digo simplemente por iso, nada máis. Mire, segunda cuestión, e tamén moi rapidiño, home, a verdade é que estar plantexando un pacto polo territorio, que probablemente todos esteamos de acordo con que faga falta, dende posicións de mocións deste tipo é absolutamente imposible. Cando un quere de verdade un pacto non lle dá tortas ó de enfronte, plantéxao cunha posibilidade de pacto e negociación, pero claro se a posición é, “nosotros que no hacíamos nada durante dieciséis años”, porque son dezaseis anos, que o dicía vostede antes, “o lo hacíamos muy mal”, diso nos olvidamos, “y ahora ustedes lo están haciendo mal en dos años y pico”, no hombre no, se queren plantexar cousas e facer cousas vamos a facelas entre todos, pero non dende posicións deste tipo, para nada. Eu dicíalle antes da miña intervención, é dicir, probablemente dende os concellos, dende os concellos todos esteamos de acordo en dúas cuestións que lle plantexamos, seguro ademais, seguro, agora, home, cando se fai alusión na Moción á utilización política do urbanismo e se está facendo dende aquí, dificilmente vamos a andar doutro xeito. Agora, se se quere facer ben retiren a Moción como lle dicía antes o voceiro do BNG e vamos a plantexar dende os concellos en condicións as cuestións estas. E hai un organismo clave nesta historia que é a FEGAMP, o acaba de dicir vostede. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, eu creo que está todo dito, creo que procede xa a votala, obviamente non vamos a retirar a Moción porque nós somos políticos e facemos política, polo tanto practicamos a política e no noso lexítimo dereito, nós ofrecémonos a colaborar coa Xunta de Galicia, polo tanto se hai vontade decidida de querer facer cousas en común estamos abertos, senón loxicamente non, pero mire, en tres anos algo máis había que haber feito, coincida comigo polo menos, faga un pouco de autocrítica Sr. González, e algo, xa non algo máis, algo habería que haber feito e non se fixo nada e vostede ben o sabe, e o problema é que está aí e é unha bola de neve que cada paso estase convertendo nunha bola máis grande, alá vostedes, creo que procede votala. Sr. Presidente.- Polo tanto, pois, debatido amplamente este tema que cremos e máis consideramos importante para os concellos, procedemos á votación do punto número sete, Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre este tema tan actual como é o urbanismo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Desenvolvemento Industrial, Urbanismo e Vivenda, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre o Urbanismo. Dita Moción é como segue: “O Grupo Provincial do Partido Popular (PP) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción relativa á situación actual do Urbanismo en Galicia. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- A Deputación de Pontevedra organizou os pasados 7 e 8 de maio, a través da súa Oficina de Urbanismo, as V Xornadas de Urbanismo co obxectivo de que fosen un Foro de Debate sobre a situación actual do Urbanismo en Galicia dende a óptica local. Entre os seus obxectivos figuraban dar a coñecer, a través da participación de cualificados poñentes, a situación urbanística dos concellos galegos; compartir plantexamentos e inquedanzas; e suxerir mecanismos de actuación de cara á eficacia e eficiencia administrativa, tendo en conta a singular conformación municipal e o modelo de ocupación do solo en Galicia. 2.- Entre as conclusións máis relevantes obtidas nos devanditos actos, destacan tres: o primeiro, que o Urbanismo e os procedementos xudiciais de temas urbanísticos están de moda, sobre todo dende que este tipo de delitos aparecen reflectidos no Código Penal a partir do ano 1995; dende que se colocou no mercado xurídico, con alto grado de valoración, o Medio Ambiente; e tamén dende que, desgraciadamente, o Urbanismo foi utilizado de forma oportunista en épocas electorais. A segunda, que o Urbanismo dos nosos días nada ten que ver co que se facía no século XIX ou noutras etapas nas que xurdiron as nosas vilas e cidades pois o urbanismo de hoxe responde a unha sociedade distinta con outros valores, circunstancia que implica que os sistemas de planeamento urbanístico da actualidade non poden ser os mesmos que se viñan utilizando tradicionalmente. E finalmente, que é preciso un gran pacto social e político polo Territorio pois, en caso contrario, as dificultades para facer Urbanismo serán cada vez máis complicadas. En Galicia mesmo, a día de hoxe aínda non hai directrices de Ordenación, nin se desenvolveu o regulamento da Lei 9/02 de 30 de decembro, nin se aprobou o prometido Plan do Litoral que impide que preto de 70 concellos poidan facer planeamentos. 3.- Poñentes, expertos e representantes dos tres grupos políticos que conforman a Corporación Provincial coincidiron na idea de que os concellos son as grandes vítimas e os grandes prexudicados polo problema do Urbanismo, e na necesidade de que a súa voz, os seus problemas e os seus intereses, e os veciños que representan, sexan escoitados e tidos en conta en instancias administrativas superiores relacionadas co Urbanismo. Polas anteditas razóns, e dende a certeza de que o Medio e o Territorio non son herdanzas que recibimos dos nosos antepasados senón algo que temos prestado dos nosos fillos, e dende a firme convicción de que debe ser de interese común dos concellos, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia actuar de xeito coordinado para realizar os traballos de natureza urbanística que permitan investigar e avanzar no desenvolvemento de documentos de apoio para a súa posterior aplicación práctica e de uso pola sociedade galega, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopte o seguinte ACORDO: O Pleno da Deputación de Pontevedra acorda instar á Xunta de Galicia e os seus distintos departamentos relacionados co Urbanismo a: - Proporcionar unha información clara da sistemática a seguir e da tramitación esixible pola Xunta para todo documento urbanístico que se elabore, con mención específica ás afeccións da normativa sectorial aplicable en Galicia. E sistematizar os criterios e protocolos de presentación para a elaboración de novos planeamentos. - Que se cumpran escrupulosamente os prazos legalmente establecidos para a intervención autonómica en temas de planeamento urbanístico, tanto no Informe previo á aprobación inicial, como na Resolución de acordo de aprobación definitiva. - Que se axilice a evacuación dos Informes autonómicos sectoriais ó planeamento e das autorizacións correlativas ós Proxectos previas á licenza municipal de obra (en temas de patrimonio, estradas, augas, costas, ...) que, en moitos casos levan meses e meses de demora. - Que, nestes campos, se impulse a tramitación dixital de autorizacións, co aforro conseguinte de material (papel, impresión, copias, ...) e tempo (desprazamentos). - Que se constitúa unha base común de cartografía coa plasmación das proteccións sectoriais (costas, espazos naturais, cauces fluviais, xacementos arqueolóxicos, bens de interese cultural, ...). - Que se establezan cauces de comunicación fluídos entre os Técnicos Autonómicos e os Provinciais e Municipais, de xeito que permitan unificar criterios na interpretación das Normas e resolver dúbidas. - Que se estableza un convenio de colaboración para facilitar a formación de técnicos municipais en materia de urbanismo (arquitectos e avogados) e para colaborar no cofinanciamento do servizo deses técnicos nos concellos con presupostos pequenos, con posibilidade de que un mesmo técnico asista a varios concellos. - Que se lle outorgue participación activa das Deputacións Provinciais na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no Instituto de Estudos do Territorio, no Comité Asesor do Hábitat, no Observatorio de Vivenda,... e en todos aqueles outros organismos que incidan en asuntos de urbanismo e ordenación do territorio.” 8.5694.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA Sr. Presidente.- Punto número oito. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a Fundación Semana Verde de Galicia, ten a palabra Don José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, esta moción para non ampliala moito, simplemente subliñar que a Semana Verde está enferma, a Semana Verde está ubicada en Silleda, Silleda está ubicada na Comarca do Deza, a Comarca do Deza está ubicada no corno de Pontevedra, e é desta provincia, polo tanto preocúpanos especialmente que un tema no que non ten moito que ver a Deputación, todo sexa dito de paso, porque é verdade, pero é un tema que languidece día a día dunha maneira preocupante, preocupante e como dicía no comezo da intervención está un pouco enferma, encima alí hai 50 traballadores que se están anunciando mobilizacións porque non ven o futuro polo que eles din moi axeitado, e o problema é que a Semana Verde quen a controla é a Xunta de Galicia e nós o que esiximos dende está moción como Provincia de Pontevedra e como a Semana Verde está ubicada en Pontevedra aínda que é a Semana Verde de Galicia, o que pedimos é que a Xunta de Galicia explique con claridade algúns temas porque senón cada día aquilo vai a menos, de momento agora o que fixo foi suspenderse o certame que había agora, que era a tradicional Semana Verde dende hai tantos anos, e que tantos bos resultados dou para o agro galego, pois aprazouse para outono, en principio, pero o que si é certo é que está pendente dun plan de viabilidade e eu creo que aí ó Goberno galego tócalle mover ficha, porque como digo é unha pena que esa infraestrutura sexa magnífica, esa infraestrutura que feita en Silleda con cartos de todos os galegos e que está totalmente infrautilizada, pois que languideza cada día que pasa, e iso é o que realmente nos preocupa dende o grupo de goberno do Partido Popular, que se tomen as medidas necesarias para entre comiñas “poñer a circular e dotar de boa saúde á Semana Verde”, que se tomen os medios que se teñan que tomar, porque o problema é que hai un plan de viabilidade, que aí en principio estase facendo, pero o certo é que xa cando o certame máis importante, que ademais dou nome orixe ó que é hoxe a Semana Verde, que é a Semana Verde de Galicia de xuño pois se posterga unha explicación como viron vostedes polos medios de comunicación, unha explicación un tanto relativa e sobre todo nalgún eido da Xunta dicindo dunha maneira e noutro dicindo doutra, o que é certo é que algo haberá que facer, en liñas xerais ese é o espírito da moción. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias don José Crespo. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Permítaseme poñer un exemplo para ver como funcionamos ou como funcionan vostedes en cada caso, hai uns anos, pouquiños, sendo conselleiro do ramo Núñez Feijoo o alcalde de Barro e de Meis foron petar á súa porta para que fixera o polígono de BarroMeis, o Sr. Núñez Feijoo dixo que non, Xestur dependía dese ramo e o conselleiro tamén dixo que non, entón esta casa, dixo que non porque non era estratéxico para a Provincia nin era necesario porque xa estaba moi recargado e tiña que facer non sei cantas cousas máis, entón esta casa, esta casa colleu, decidiu, co apoio de todos os grupos por outro lado, que si hai algo interesante na Provincia, pois se hai que intentar acometerse pois acométese, entón acometeuse. Bueno, non imos a falar quen negou, quen negou ¿verdade?, que, que, iso non tiña interese estratéxico e non quixo facelo, apareza nunha foto hoxe explicando que é maravilloso, estratéxico e grazas, hai que ter valor. ¿a que vén isto?, vén isto que, se a Semana Verde que está enferma, que o PP xa non sabía que facer con ela e agora non se sabe que facer, e se é tan estratéxica para esta provincia, esta casa debería actuar igual, igual, se cadra ata lograban unha excursión de Sineiro, ou de Núñez Feijoo agora que sacou todas esas fotos, despois a Semana Verde en plan protagonista, esas fotos chupen as que queiran, pero a actuación fágana, fágana, polo tanto se é tan importante para esta provincia, que eu estimo que si, seguramente moi reconvertida, pero bueno iso xa é outra cousa, e se hai dificultades pois fágano como fixeron con precedentes co apoio de todos os grupos, despois chupen as fotos que lle dea a gana, incluso, incluso que non quixo facela aparecendo agora como o salvador. Fagan o mesmo, fagan o mesmo, pero non nos presenten, e para aí conten co noso apoio, e non nos presenten, e non nos falen de competencias porque competencias son as mesmas máis ou menos, as que teñen en polígonos industriais como na Semana Verde, non nos falen, non nos digan que votemos aquí instar á Xunta de Galicia a que explique con claridade, pero será ó Parlamento ¿non?, iso si que non ten nin pés nin cabeza, podíamos, podíamos entender o punto tres, esixir que se faga un plan de viabilidade, pero o resto, pero o resto, unha explicación das medidas, oiga, bueno, non sei, a ver ¿que sentido ten isto?, nin pés nin cabeza, as explicacións pódense pedir no Parlamento e á parte é obrigatorio dalas, por escrito ou como queira, ¿que sentido ten isto aquí?, ¿que sentido ten isto?. Se é algo estratéxico para a provincia, que eu entendo que si, ou nós entendemos que si, dentro da súa importancia relativa, que tivo moito máis da que ten pero pode recuperala, que a Xunta anterior e esta pois ten outras necesidades non o estima prioritario, bueno, pois esta casa colle e vota ata onde poida, di, mire aquí, estou a dar un paso ó fronte para defender os intereses da Provincia, competencia estrita da Deputación, e punto, e a partir de aí dirixirse á Xunta para ver que vai a facer con iso e nós estamos dispostos a colaborar para sacalo adiante, iso é natural, por iso empecei co exemplo e vamos a deixar o colateral de que quen non quixo, ou sexa quen non quixo facer o polígono de Barro-Meis, exprese directamente, e obrigou á Deputación correctamente con todo o apoio a facer, a meterse nun campo que nunca tivo, pois resulta que agora aparece alí como o adaliz do que acaba de non dicir. Non valen este tipo de historias, ou sexa imaxínense a situación, que diríamos o mesmo antes, imaxínense a situación se Barro-Meis non o quixera facer Xestur, hoxe a Consellería de Vivenda e Solo, pero antes a COTOP, co actual goberno, que teríamos 50 mocións aquí ou 500, ¿e que arreglamos?, ¿que sentido ten?, iso saca unha declaración pública, aí sae unha declaración pública dicindo que a Xunta está xestionando mal a Semana Verde e punto, pero vostedes están no goberno aquí, e esta institución ten cartos e ten como obxectivo prioritario a defensa dos intereses da provincia e máis a asistencia e colaboración cos concellos, pois actúen e conten co noso apoio para actuar aí e senón non nos veñan con estas milongas porque evidentemente non lla imos a apoiar, vaian en plan serio e demais e nese caso contarían co noso apoio, imos a votar en contra, en principio non interveño máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, home, Sr. Crespo, a min resúltame curioso que despois de ver a moción que presentan vostedes e que firma vostede, resúltame curioso que a súa intervención sexa dicirnos que a Semana Verde está lixeiramente enferma, que ten algún problema e nada máis. Pero claro iso non é o que di a moción exactamente, a moción di máis cousas, e claro se temos en conta que, que eu saiba o Presidente da Deputación é membro da Fundación, pode contarnos algo máis da enfermidade da Semana Verde ou o Sr. Crespo, dá igual, me dá o mesmo, o que é membro da Fundación é vostede, ¿non Sr. Louzán?, pero bueno, que poden contarnos algo máis en que consiste a enfermidade e porque esa enfermidade, e claro a partir de aí coincidindo seguramente todos que, home o máis preocupante deste tema son os 50 traballadores pero a partir de aí poderíamos tratar de analizar a cuestión, xa digo con información de primeira man, porque é vostede quen ten nesta casa agora mesmo a información de primeira man, non somos nós, ó mellor así poderíamos entender por que, o que facía referencia o Sr. Crespo, é dicir, porque dende hai anos non hai orzamento e se vén prorrogando sistematicamente, pero claro senón nolo explican dificilmente o podemos entender, pero creo que se está prorrogando dende o ano 2000 ou 2001, ¿non?, poderíamos entendelo se nolo explicaran, volvo a repetir, de primeira man, porque é vostede membro dese Patronato, entón bueno, a min se me permite, Sr. Crespo, por certo, non é a primeira vez que se apraza a feira, non é a primeira vez, no ano 83 tamén sufriu un aprazamento esa feira Sr. Presidente.- Vinte e cinco anos. Sr. González Iglesias.- Claro, quero dicir que non é a primeira vez que se apraza, aprazouse uns meses no ano 83 e agora estase plantexando un aprazamento, pero volvo a repetir, cóntenos en que consiste a enfermidade entón podemos debater máis a fondo a cuestión. Sr. Presidente.- Ten a palabra Don José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, escoitándoos a vostedes ós dous portavoces dá a sensación de que a responsabilidade case é máis desta casa que da Xunta de Galicia. Mire, cada pau que aguante a súa vela, nós, creo que dende o Partido Popular nese eido se fixeron ben os deberes, a provincia de Pontevedra na zona norte ten dúas bazas, ou tiña, de momento aínda as ten pero máis débiles, e estamos perdendo día a día un potencial importante na zona norte desta provincia, unha zona agropecuaria, tamén de mobles, e estamos perdendo por responsabilidade da actual Xunta de Galicia que non da anterior, porque a Feira do Moble e a Semana Verde a máis non foron nestes tres anos, máis ben foron bastante a menos, diso vostedes son responsables, vostedes non, os de aquí, o Partido Socialista e mailo Bloque Nacionalista Galego que gobernan a Xunta de Galicia si son responsables, porque mire, durante máis de 25 anos funcionaron as dúas feiras sen moitos problemas, unhas con máis éxito que outras, pero foron rancheleando, algún ano mellor, algún ano peor, pero foron funcionando, e o que é certo é que co actual goberno van á ruína as dúas, os dous recintos, Silleda e A Estrada, polo tanto dous dos resortes económicos importantes da zona norte desta provincia pois creo que non por culpa nosa senón do Goberno da Xunta de Galicia van a menos, e nós dende aquí temos dereito a piar, porque Sr. Mosquera, di vostede que instar á Xunta de Galicia a que explique, pois claro que ten que explicar, nós somos políticos, ¿por que non imos pedir explicacións?, outra cousa é que non nolas dean, que probablemente xa lle digo que non nolas van a dar, probablemente non nolas van a dar. Xa sei que o Parlamento pode pedilo pero por que nós temos que ter unha mordaza, nós somos políticos e nós dende aquí si que podemos instar á Xunta de Galicia a que explique e saiba saír no periódico que tamén, pois pódolle asegurar que gracias a que sala no periódico probablemente se dea algunha explicación senón a nós oficialmente, que non creo que se nos dea, si se lles dará probablemente ós medios de comunicación e iso polo menos valerá para aclarar algo. Sr. González eu non lle podo aclarar algo do que non teño nin idea, eu asistín alí a algún consello, e alí realmente quen sabe o que se coce alí é a Consellería de Economía, é a Consellería de Presidencia e a de Agricultura e Industria, e dáme a sensación de que como son moitas Consellerías e de distintos paus un por outro a casa sen varrer, é a sensación que me dá a min, pero non llo podo asegurar porque eu estou alí, home, parvo de todo non son, e non me entero de nada, non me entero de nada, polo tanto entenda vostede que a cousa é complicada. Pero o que si lle podo asegurar é que a Consellería de Economía, o IGAPE, que é o que está alí representado, da Consellería de Economía, a Consellería de Presidencia, a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Industria eses si saben do tema. En suma e concluíndo, home, a realidade é que o actual goberno da Xunta está deixando da man a Semana Verde, iso é unha realidade, independentemente de que a Semana Verde funcionou sempre como funcionou, pero o que é certo é que cada día, nestes tres anos, cada ano foi a menos a pasos axigantados e pasa o mesmo coa do Moble, e nós o que reclamamos, home, un pouco de atención a algo que para a provincia de Pontevedra é estratéxico, un no eido do moble e outro no eido da agricultura. Sr. Mosquera, paréceme moi ben que introduza aquí o debate do Polígono BarroMeis, é vostede especialista nesas cousas, non ten nada que ver, cando queira falamos de promoción de solo industrial e iso é outro capítulo, é unha fariña doutro costal, non hai problema para se quere un día facemos un debate sobre todos eses temas, pero non me mezcle coa Semana Verde o polígono Barro-Meis e que alguén se fixo alí unha foto, que non ten nada que ver o touciño coa velocidade. Nós estamos dicindo aquí, e tampouco quero meter o debate da Feira do Moble, que tamén ten os seus problemas graves, estamos dicindo aquí que a Semana Verde é moi preocupante, pero agora é máis preocupante que nunca. Mire Sr. González, eu non lle podo explicar máis que o que lle expliquei, o que si lle digo é que, os que están dentro que son os empregados, montaron unha plataforma e están actuando porque ven que aquilo se apaga e non lle vai quedar nin para cobrar o seu soldo. Entón, mire, o pouco que podemos saber, pois sábese por aí, polo tanto non hai nada que estrañarse, ata o de agora, que se saiba nunca o persoal constituíu unha plataforma, dese conta que son poucos, son cincuenta, constituíu unha plataforma por que ven en risco o seu salario, e mire, non se constituíu ata agora, en vintecinco anos, gobernando o PP, e a Semana Verde saiba vostede que única e exclusivamente depende da Xunta de Galicia, despois podémoslle poñer unha serie de aledaños como Fundación e tal, pero realmente depende da Xunta de Galicia e vostedes sábeno. Polo tanto dende aquí o que queremos é darlle un tirón de orellas á Xunta de Galicia, é dicir, oiga, ocúpense un pouco máis deste cotarro que o está vostede olvidando e está morrendo de inanición, e de momento están a tempo de salvalo, están a tempo de salvalo, que o salven, que lles toca a eles, non a nós. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Só unha pequena aclaración, home, como Núñez Feijoo non quixo facer o polígono de Barro-Meis a Deputación fíxoo e agora vai Núñez Feijoo a saír na foto, pois se dende o ano 2000 como di, a Xunta cortou o grifo e quen tomara a decisión, se cadra Orza que está retirado ou quen sexa, pois vai a Deputación, fai o de Barro-Meis, mete cartos aí e despois trae a Orza ou a Fraga ou a Núñez Feijoo a dicir que meteron cartos en facer a festa, os mesmos que antes lle cortaron o grifo, non está vostede moi agudo, creo que a metáfora era bastante fácil, era para que entendera, nada máis que para que entendera, para simplificar, non tiña outro fin. Gracias. Sr. Presidente.- Si, bueno, Sr. Mosquera, o Sr. Núñez Feijoo tamén foi quen fixo posible a aprobación do Plan Xeral onde constaba precisamente ese solo industrial que onte fomos a visitar, polo tanto non é nin o que vostede di nin senón todo o contrario, o que pasa é que hai que dicilo todo tamén, o que pasa que claro vostede vai a dicir o que lle interesa. D. Emilio González, non sei se quere dicir algunha cousa. Sr. González Iglesias.- Home, a ver, eu dicía antes a ver se nos contaban algo do tema porque, non me aclarou nada, é dicir, a ver, se dende o ano 2000 se está prorrogando o orzamento será por algo, ¿ou se empezou a prorrogar no ano 2005?, pregunto, será por algo, e non nolo explican, e lle pido a explicación a vostedes por unha razón e o dicía antes, é dicir, a ver, o Presidente da Deputación é membro da Fundación, ¿si ou non?, ben, entón algo saberá do tema. Claro, eu estes días, vostedes presentan a moción, por certo, xa supoño que nos está ameazando que no Pleno seguinte vén a Moción da Feira do Moble de A Estrada, ben, dígoo porque é unha idea, xa que estades neste camiño, é unha idea. Ben, resulta que, eu leo a moción, oio a súa intervención agora, pero vamos, leo a moción e falan de, non, é que claro, é que se vai a trasladar no tempo, a deste ano se retrasa, etc., etc., e claro un ve e le que o acordo da Fundación é por unanimidade, e digo, aquí debe haber algo, ou sexa, eu non entendo, non entendo que se o acordo é por unanimidade agora aquí nos estean plantexando, é dicir, hai un problema co estudo do plan de viabilidade, ben, o acordo creo que tamén é por unanimidade do consello da Fundación, e, e parece ser que nun mes máis ou menos está, é dicir, eu é o que leo, non é outra cousa. E despois trasladado, é dicir, retrasalo en data para este ano tamén é un acordo que aparece na prensa por unanimidade da Fundación, entón digo, bueno, eu non entendo nada, porque claro, un dos firmantes da moción é vostede, eu non entendo os dous papeis, ata que mo explicaron, e efectivamente ten unha explicación do máis razoable, e van e me din, si, é verdade, o Presidente da Deputación é membro da Fundación, pero non vai nunca, non vai nunca, ou sexa, é curioso, é dicir, tan interesados no tema, tan preocupados polo tema e me dan unha relación, dende decembro de 2004 para adiante non asistiu nin unha vez, debe estar moi preocupado, nin unha sola vez, é dicir, no 2004 escusou, no 2005 escusou, no 2006 vai vostede pero non pode votar, claro, e entón, por iso dicía antes que estaba de oínte, por iso o dicía antes, miren, a verdade, bueno, e isto continúa, continúa, claro, agora se entende, se entende o por que, é dicir, bueno a Fundación acorda retrasalo ó mes de, a finais de ano, pero claro como vostede non votaba pois entón pode firmar a moción e non pasa nada. Mire, de verdade, volvemos ó de antes, xa lle invitei a que fagan unha moción máis para o Pleno seguinte, xa teñen a idea, a Feira do Moble da Estrada, sigan por ese camiño, nós vamos a votar en contra porque isto non hai por onde collelo, de verdade non hai por onde collelo. Se este é o xeito de facer política que queren iniciar vostedes, e de facer oposición, o único, o único que quere dicir ó final é que dende logo non se fían do seu Grupo Parlamentario en Santiago, ou non están de acordo con el, porque están facendo xusto aquí o que tiña que facer o seu grupo do Parlamento de Galicia, claro, hai unha diferenza importante no caso desta moción, é que vostedes forman parte da Fundación e nós non, entón nós non podemos contestarlles e vostedes non nos queren contar por que está enferma, dende hai anos, dende hai anos e volvo á súa primeira intervención, dende hai anos, non dende esta Xunta, dende hai máis anos Sr. Crespo e vostede o sabe, e senón diga en público o mesmo que mantén en privado, diga exactamente iso en público, por iso lle estaba preguntando se nos quería contar, e parece que non nos quere contar. Entón mire, como non é un tema, volvo a repetir da Deputación, pregunten vostedes onde teñen que preguntar e debátano onde teñen que debater. Nada máis. Sr. Presidente.- ... D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Está todo debatido ¿ou querías intervir Cesáreo?. ¡Ah!, vale, vale, como oín o seu nome. Ben, Sr. González, senón queren ver a realidade alá vostedes, o que é certo é que ata este ano e un pouquiño o pasado nunca o persoal da Semana Verde se mobilizara da forma que o fixo, nunca, por algo será, e mire, nós temos dereito a poñer explicacións porque as que vostede me pide a min non llas podo dar porque non as sei, xa lle digo quen nolas pode dar, a Consellería de Economía pódenolas dar perfectamente, e a da Presidencia tamén, eses son os que nos poden dar as razóns reais, non sei se en público, en privado ó mellor tamén, pero son os únicos que nolas poden dar, dende logo eu non llas podo dar. Mire, eu fun ás veces alí en substitución do Presidente, ós consellos, e teño que dicir que non me enterei de nada, porque alí non se di nada, entón que lle vou contar eu a vostede senón me entero de nada, que non me entero de nada, se falan en clave, se alí o do IGAPE di unha cousa e o de Industria di outra, é dicir, eu non me entero, pero non me entero porque non sei senón queren que nos enteremos ou polo que sexa, o que si é certo é que única e exclusivamente a responsabilidade da Semana Verde é da Xunta de Galicia, de que funcione ou non, da Fundación en xeral, pero da Xunta de Galicia, na Fundación está o concello de Silleda, está a Deputación, pero pregúntelle vostede ó concello de Silleda, probablemente teña a mesma información que nós, con case total seguridade. O que si é certo e conclúo, é que se a Semana Verde vai ó tacho e senón se fai nada contundente, algo contundente, irá ó tacho, se a Semana Verde vai ó tacho será única e exclusivamente responsabilidade da actual Xunta de Galicia. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias por esa claridade D. José Crespo. Vamos a proceder polo tanto á votación da Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a Fundación Semana Verde de Galicia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a Fundación Semana Verde de Galicia. Dita Moción é como segue: “O Grupo Provincial do Partido Popular (PP) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción relativa ó aprazamento da edición deste ano do certame feiral Semana Verde de Galicia e ós problemas polos que está a atravesar a Fundación Feiral. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- En 1978 xurdiu en Silleda unha iniciativa civil, artellada posteriormente en torno á Asociación Feiral Semana Verde de Galicia, coa finalidade de informar e formar ó campesinado galego e comercializar os seus produtos. Pretendía facilitar o salto da agricultura de subsistencia á agroindustria e á modernización dos grandes recursos tradicionais de Galicia en agricultura, gandería, pesca, sector forestal e o mundo rural e os seus derivados. 2.- Dende entón, a Semana Verde de Galicia, constituída en Fundación en 1990, favoreceu o trasvase de tecnoloxía e innovación, de produtos e ideas, de formación e capacitación no sector primario e no agroindustrial entre Galicia e o mundo. Co decidido apoio das institucións galegas, a Fundación Semana Verde tivo moito que ver coa transformación habida no mundo rural galego. A formación, promoción e comercialización de produtos, o redimensionamento das explotacións, a incorporación de tecnoloxía, a mellora xenética, o turismo rural e, en suma, a profesionalización do agro galego non serían o mesmo sen ese apoio das institucións e sen o escaparate e foro do sector que supuxo a Semana Verde para o sector primario de Galicia, particularmente dende os cursos impartidos, os certames feirais e a Lonxa Agropecuaria. 3.- A edición deste ano do certame feiral Semana Verde de Galicia, a trixésimo primeira, tivo que ser aprazada de xuño, data en que tradicionalmente viña celebrándose, a novembro. As causas derivan das dificultades económicas e estratéxicas da Fundación, que trouxeron aparelladas a continua perda de tesourería e a demora na elaboración dun plan de viabilidade deseñado para frear a continua descapitalización. 4.- Do devandito plan vense falando dende que o actual Goberno da Xunta entrou no Padroado da Fundación Semana Verde, onde conta con 9 dos 17 membros. A Consellería de Presidencia controla o Protectorado da Fundación e as de Medio Rural e Industria teñen nas súas mans as principias feiras. As diferenzas e acusacións mutuas entre elas provocan que os anos pasen sen que se afronten os problemas de fondo. A Fundación á que os patronos da Xunta non realizan achegas económicas xa dende o ano 2000, subsistiu cos presupostos prorrogados e co diñeiro que foi aportando para amortizacións ata este exercicio. Pero os fondos están a acabarse porque cada ano supérase o millón e medio de euros de déficit. 5.- A situación xerada causa grande alarma social e evidentes prexuízos non só en Silleda e na Comarca do Deza -beneficiaria directa da actividade do recinto feiral- senón tamén no sector primario e agroindustrial de Galicia. A Consellería de Presidencia di que o aprazamento do certame “é unha decisión do Presidente da Fundación, Xosé Maril”. A de Medio Rural sinala que “a responsabilidade non lle corresponde a esta Consellería senón que ten un patrono concreto, a de Presidencia que ostenta o Protectorado”. O BNG de Silleda acusa de “deixadez de funcións de dúas administracións concretas, a Consellería de Presidencia e a alcaldía de Silleda”. A alcaldía de Silleda fixo pública unha nota na que “lamenta a situación que se está a vivir, entende as explicacións ofrecidas polo presidente para xustificar o cambio de datas e desexa que os problemas se resolvan canto antes”. E os 50 traballadores da Fundación afirman que “estamos fartos de que os responsables da Fundación antepoñan os intereses políticos por encima dos das persoas e do traballo”. Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopten os seguintes ACORDOS: 1.- Instar á Xunta de Galicia a que explique con claridade as auténticas razóns polas que se traslada o certame feiral que viña celebrándose en xuño, pois tódalas esgrimidas para o seu aprazamento –alarma social, descenso da contratación e retraso no plan de viabilidade- son cuestións relacionadas coa xestión e, en consecuencia, responsabilidade dos patróns da Xunta que ostentan a maioría no Padroado da Fundación Semana Verde. 2.- Demandar a creación dun fondo de garantía para que os 50 traballadores da Fundación poidan cobrar os seus salarios ata que se aprobe o plan de viabilidade e se decida como se vai financiar a institución feiral. 3.- Esixir do Goberno Galego unha data concreta de presentación do devandito plan de viabilidade, pois vén sendo anunciado cada ano e sucesivamente posposto. 4.- Solicitar do Goberno Galego unha explicación das medidas concretas coas que pensa afrontar o futuro da Fundación Semana Verde, pois dá a impresión de que os dous socios do Goberno non se dan posto de acordo respecto a ela, nas súas liortas por facerse co control absoluto da entidade, e pretenden deixar morrer por inanición unha Fundación clave para moitas cousas na comarca e en Galicia. Unha explicación de medidas concretas pois este é un dos asuntos que o tempo non resolve, dos que non se arranxan solos, senón que é, máis ben, un problema que se non se afronta con celeridade e decisión, acaba por pudrirse.” 9.5695.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR EN RELACIÓN CO ANTEPROXECTO DA LEI INTEGRAL EN MATERIA DE DROGODEPENDENCIAS E OUTROS TRASTORNOS ADITIVOS Sr. Presidente.- Procedemos neste caso tamén a proposta da Moción do Grupo Provincial do Partido Popular en relación co anteproxecto de Lei integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos. Ten a palabra D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Gracias. Gracias Sr. Presidente. Bos días. Vamos a dar lectura ó texto da Moción que di así: O pasado 14 de marzo de 2008 a Consellería de Sanidade publicou o anteproxecto da Lei Integral en materia de Drogodependencias e outros trastornos aditivos. Na exposición de motivos establécese como obxectivo da mesma regulación as medidas orientadas ás drogodependencias así como as orientadas a outros trastornos aditivos. Establecendo de igual xeito limitacións da publicidade e promoción do viño quedando prohibido o uso de declaracións de propiedades saudables, e incluso tamén, por exemplo, a visita dun menor de 18 anos a unha adega. A “Lei 24/2003 de 10 de xullo, de la Viña y del Vino”, ten como obxecto, entre outros, a promoción e publicidade do viño, establecendo no seu artigo 4. –“Promoción, b) informar y difundir los beneficios del vino como alimento dentro de la dieta mediterránea”. A Lei do Viño de 2003 considera oficialmente ó viño como un alimento. O viño é un alimento natural moi complexo, ó que algúns chegaron a considerar un alimento funcional, porque non só aporta nutrientes xa que tamén ten compoñentes ós que se lles ten demostrado un efecto beneficioso para a saúde, para a diminución ou retrasar determinados procesos patolóxicos. O consumo moderado de viño e o seu efecto beneficioso na saúde é unha frase posiblemente moi repetida, pero que está avalada polos múltiples estudos realizados polos máis prestixiosos médicos e expertos nutricionistas internacionais. Nos últimos anos, numerosos organismos, como o FIVIN, fundación para a investigación do viño e nutrición, orientan as súas actividades a valorar os posibles efectos protectores do consumo moderado do viño no noso organismo e sobre a saúde humana dende un punto de vista médico. Por iso, realizan un traballo continuo de investigación e recopilación sobre viño e saúde, baixo a supervisión dun comité científico formado por médicos, técnicos en saúde e nutrición de recoñecido prestixio nacional e internacional. O sector vitivinícola ten unha grande importancia socioeconómica polo que a integración do viño na Lei de referencia producirá un efecto moi prexudicial ó quedar englobado xunto con estupefacientes e psicotrópicos. É evidente que é necesario regular a publicidade do viño e evitar o seu consumo por menores de 18 anos, pero esta debería levarse a cabo nunha lei específica do sector vitivinícola tal e como se fai noutros países europeos. Por todas estas razóns, proponse a adopción dos seguintes acordos: 1º.- Amosar o rexeitamento do Pleno da Deputación, como representante de todos os veciños e veciñas da provincia, ó anteproxecto da “Lei Integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos”. 2º.- Instar á Consellería de Sanidade para que retire toda referencia ó viño na citada Lei. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. José Juan Durán. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Ben, Este é un debate absolutamente descentrado, eu case me atrevería a dicir que fariseo. ¿Por que?, porque poder dicir que evitar prohibir o consumo para os menores de dezaoito anos cando poden ir ó cárcere ou teñen responsabilidades penais, ou xa unha idade suficientemente avanzada pois parece bastante fóra de lugar. Pero claro, ¿cal sería a idade para empezar?, ¿cal sería a idade para non empezar?, se é que queren empezar, non queren empezar. Ese é o debate que está absolutamente viciado. Mire vostede, o viño claro que é, o alcohol etílico é unha droga, claro que é, claro que é, vamos a deixar o de dicir que non é e tal. Bueno, entre os seus beneficios que pon aí para a saúde hai un que é levantar a paletilla e alegrar o ánimo, que non é pouca cousa, que non é pouca cousa, que toda sociedade está sometida a unhas tensións, a unhas tensións e hai certos problemas que todos temos, que curiosamente non se coñece a sociedade antiga e moderna, contemporánea, medieval ou prehistórica que non teña algunha droga, ningunha, ningunha, incluso con ritual e demais. O viño nos rituais digamos das, tanto preigrexa ou igrexa resulta que manteñen algunha droga incluso nos ritos. E hai drogas que se consideran boas porque lle petou á sociedade como é aquí o alcohol, e malas porque lle petou, como pasa, cruzando o estreito de Xibraltar que está, non, que pode estar prohibido, e alí a boa pois é o hachis e polo tanto é buenisima e non hai ningún problema, e aquí resulta que está prohibido. Bueno, deixémonos de debates fariseos, todas, todas, cantas sociedades asistiron tiveron algún tipo de psicótropo ou como se queira chamar, que ventila, que non hai que buscar que nos cure nada raro, que ventila as neuras da cohesión social e outra serie de historias, punto. E o demais pois é estar discutindo que si dezaoito anos, que si dous, que si tres, que si o de máis alá. Agora claro, como temos que copiar todo, todo, verdade, o que vén de Estado Unidos, entón alí prohiben e prohiben, consumen máis que ninguén, non me estraña que queiran prohibir porque aquilo é terrible, entón pois resulta que temos que facer unhas normativas que empezamos a debater ó final e xa vamos a chegar á conclusión de que o alcohol etílico en forma de viño ou en forma de non sei que, podemos dicir que ós dezaoito anos, por desgracia non beben viño, collen e vanse ó botellón e arrean destilados. Por desgracia, ogallá beberan viño, como dicía un compañeiro hai anos, case máis que falar de prohibir o botellón hai que ensinarlles, é alcohol, hai que ensinarlles a beber, iso si que pode facer dano. Entón se está, se entro nunha lei, senón entro nunha lei, se é unha droga, entón se a catalogamos como droga, senón é, bueno, a ver, de verdade, de verdade que é francamente estraño e demais e polo tanto permítome esa liberdade de falar tal como vexo, porque despois evidentemente cando hai que votar unha lei ou hai que facer normas a cousa pode cambiar, pero digo con respecto a isto pois a realidade é que seguiremos con estes debates eternos, seguiremos tendo problemas de marxinalidade por certas drogas que se prohiben ou non se prohiben, miren, é tan curiosa a función das drogas que supoño que coñecerá que por exemplo en todos os ambientes, en todos os ambientes intelectuais, do jazz e demais, de Estados Unidos, as drogas, as drogas legais para ese grupo eran a cocaína e a heroína e non provocaba nin roubos nin trapicheos nin malos rollos. Depende en cada sitio que función cumpra, que función cumpra. Claro, o grado é o deterioro, o alcohol e o viño poden matar á xente, todos o coñecemos, ou non coñecemos alcohólicos que morreron diso, claro que si, pero iso é un risco que teñen todas as drogas, pero todas as sociedades as teñen e que eu saiba non estamos dispostos a renunciar a elas. Polo tanto nós nesta Moción ímonos abster, limítase a, supoño que se cambiará, e Sr. Durán, Sr. Durán, iso de que o sector vitivinícola no Salnés, creo que hai máis na provincia, non, bueno, aquí está escrito, o Salnés, supoño que haberá copia por aí. Polo tanto, menuda discusión, nunha Lei de trastornos aditivos hai que incluír o alcohol etílico en forma de viño ou non hai que incluílo, iso eu creo que debería entrar unha discusión, eu creo que se hai un comité mundial e demais, se podían pasar media vida a ver se está, se estaba incluído ou non estaba, supoño, poñámolo ó outro lado de Gibraltar, resulta que nunha Lei pois o hachis entra como na Lei de drogas ou non entra, ou o opio en China no seu momento e demais. Mire, cando as cousas están mal enfocadas pois poden dar debates destes que ó final non conducen absolutamente a ningún lugar, arrégleno como o teñen que arreglar, fagan a normativa que tal, pero poñernos a discutir aquí e facernos votar que o alcohol etílico non é unha droga nin pode ser aditivo, é máis, e os beneficios, non iso, hai máis, xa o dixen antes, entón é moi complicado. Ímonos abster e de verdade case era preferible que non nos trouxeran mocións destas, que non pintamos nada e que, en fin, son moi profundas, é case, case, discutir sobre o sexo dos anxos, podía ser dunha profundidade absolutamente enorme e transcendente e nos podía ocupar moitísimo tempo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Bueno, vamos a ver, home, a Moción preséntase sobre un anteproxecto, un anteproxecto que está en proceso de discusión, ben, está ben. Sr. Durán, unha cuestión, mire, ¿quen plantexou o alcohol dentro da Lei de Drogas coma unha droga no ano 96?, vostedes, vostedes, na Lei de drogas do ano 96 é onde se recolle o alcohol coma unha droga, loxicamente, non podería ser doutro xeito, e o viño ten acohol, pero dicir, non é algo, non é a conclusión a que chegamos despois do 96, para nada. Polo tanto, a situación non nace deste anteproxecto, nace bastante antes. E tamén é curioso, tamén é curioso, que nos vamos a calquera Lei deste tipo en Comunidades Autónomas onde goberna o Partido Popular e pasa exactamente igual, loxicamente. Pero vostedes pensaron que con este anteproxecto tiñan algo para presentar outra das mocións tipo e típicas que fan vostedes e se tiraron por ese camiño. E eu anunciei ó principio que íamos a votar en contra de todo o que presentaban e punto, pero bueno, a ver se vai a ser certo o que dicía o Sr. Crespo na moción de urbanismo que o que queren é chegar a un pacto, colaborar e demais. Entón case lle vou facer unha proposta, mire, substituímos o que vostede plantexa na súa moción, e o substituímos polo seguinte acordo: que no plano das definicións, regulacións e restricións, referidas a bebidas alcohólicas fermentadas en xeral e o viño en particular, e o seu consumo por adultos non se vaia máis alá da legalidade vixente, é dicir, da que aprobaron vostedes no seu día, agás no que afecte á relación alcohol-condución e ás restricións relativas a menores de idade. Con iso estaríamos de acordo e supoño que vostedes tamén porque non sería nada diferente en cuestións do viño ó anterior. Se de verdade queren, se de verdade queren facer algo construtivo me van a dicir que si, e senón é que de verdade o que estaban buscando era outra historia, e se estaban buscando outra historia na contestación dareille máis datos. Se estaban buscando confrontación pola confrontación, que é a miña teses en todas as mocións, de verdade me alegraría profundamente ter que dicir que nesta estaba equivocado. Me alegraría profundamente. Por agora fágolle ese plantexamento e senón vou a votar en contra da moción, loxicamente. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Gracias. Eu a verdade pola última parte da intervención de D. Emilio González, vostedes están un pouco descolocados, vostedes, un día marchan do Pleno, inducen esa situación de saír do Pleno, despois vostede empeza este Pleno dicindo que vai a votar todo en contra, cambian de opinión sobre a marcha, eu véxoo un pouco descolocado a vostede, dá a sensación que ese papel que lle toca desenvolver de correa de transmisión dos ditados xerais do seu partido evidentemente o deixa moi descolocado e loxicamente a súa posición como portavoz se resinte e se debilita grandemente, é curioso, nun Pleno unha persoa que leva case nesta institución tanto tempo como este edificio pois loxicamente non teña a experiencia suficiente para manter un plantexamento ... de principio e despois xa o cambia. Pero bueno, é o signo dos tempos, loxicamente, Santiago manda e loxicamente vostedes teñen que acudir a eses ditados. Quería metelos en cintura, Touriño quería metelos en cintura co tema desa estrutura provincial, bueno, por algo será. Pero bueno, vaiamos ó que é o tema de fondo da moción, este tema dende o noso punto de vista, dende o noso punto de vista, vai máis alá do que vostede plantexaba e despois volverei ó que nos di ó final., ¿por que?, porque a ninguén se lle escapa que detrás do que é a industria do viño, a industria vitivinícola da provincia nas diferentes subzonas hai unha serie de, unha actividade económica certamente importante, pero tamén, tamén é certo que se xerou ó lado da produción do viño outra actividade económica paralela, de turismo cultural, de visitas á adegas, se están publicitando, existen roteiros, etc., etc., que con normas como esta, efectivamente en fase de borrador, pero bueno, un borrador ou un anteproxecto, por mellor falar, que o promoven vostedes, o promove o goberno de coalición, a Conselleira é do Partido Socialista pero evidentemente o goberno é de volos dous, do PSOE e do Bloque, é o que introduce este debate, é o que introduce este debate e nunha Lei con ese título adica moita, unha boa parte do seu articulado a falar neses termos que dicíamos antes do viño. E nós cremos polo que vén en todo o texto da moción, que cita, que invoca a Fundacións, a expertos nutricionistas, a especialistas na materia, que non debe ser, que non debe plantexarse neses termos de penalización o que é toda a produción do viño, todo o que é a industria do viño, unha industria digo das máis importantes da provincia de Pontevedra e por iso tamén, por iso tamén, porque é unha industria importantísima a nivel de grandes empresas, a nivel de cooperativas, a nivel de pequenas adegas, a nivel de agricultores, por iso consideramos de interese Sr. Mosquera traelo aquí, porque entendemos que este foro é o lugar axeitado, nós o cremos así, para defender os intereses da provincia, todos e cada un deles. E evidentemente vostede que aínda que non o pareza pola súa fisonomía pois si que ten cintura, aínda ten cintura, pois fíxose ese requiebro dialéctico aí para irse por outros veriguetos para non ir ó fondo do asunto. Vostede formaba parte, o seu partido dun goberno que promove anteproxectos de Lei como o que hoxe nos dá cita aquí e que dende logo posiblemente a vostede lle produza esa cuestión algún tipo de comportamento frívolo, pero posiblemente ós adegueiros, ós colleiteiros e a todos os viticultores da provincia de Pontevedra e ás súas familias non lle fai ese tipo de gracia. Home, o caso de D. Emilio González, bueno pois desa experiencia xa de décadas nesta casa, pois bueno, colle o tema doutra forma e nos fai eses plantexamentos que nos dixo ó final da súa intervención. Nós D. Emilio González, o que queremos, o que queremos e o dixemos no texto da moción, que se suprima toda referencia ó viño no articulado desa Lei, iso é o que queremos, é o que queremos, e bueno, que trae aí preparado unha proposta, que lle empeza a dar voltas e non sei que, o que queremos é iso, e o que queremos é que vostedes se sumen a esta cuestión que nós plantexamos, nunha moción ademais, nunha moción ademais, quero lembralo aquí, que non hai ningunha frase, ningún plantexamento ofensivo ou agresivo hacia o goberno que decide redactar ese anteproxecto, e iso é o que queremos facer. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, paréceme que o Sr. Durán non entendeu, non entendeu o que se quixo dicir, porque claro coa discusión, a ver, como diría, pide que cambie o título da Lei. Vamos a ir con seriedade, -e outros trastornos aditivos-, e se cadra tamén hai que meter aí a ludopatía que tamén é un trastorno aditivo. Pero o que lle quero dicir, o que lle quero dicir é que baixo o meu, que é o do noso grupo, esta oleada de politicamente correcto, con respecto ..., é de coña e leva a todas estas contradicións, a ver se llo digo máis claro, porque claro aínda bo é que non temos ningunha destilería porque senón a visita dos rapaces de 13 anos, da ESO, a unha destilería supoño que necesitaría permiso do Comisario Europeo do ramo, ou sexa, é unha coña. Non son lexislador, non son lexislador, evidentemente nin estou nesas, nin somos, nin estamos aquí, co cal xa dixen antes que posiblemente á hora de redactar calquera cousa haxa acusacións e demais. Agora case todas estas normas son un desbarco con respecto á sociedade que temos e ás posibilidades reais de xestionar a sociedade. Son un absoluto desbarco, por un principio, por un principio de clara funcionalidade. Mire, hai un amigo meu que sempre di que el é un grave politoxicómano, porque fuma dez pitillos diarios e bebe viño. Claro, maior ridículo na sociedade que estamos, creo que non se pode facer máis con esa expresión que é ilusa, non intencionadamente, para criticar toda esta, en fin, vamos a deixalo e tal. Unha cousa é, cando á parte se hai algo demostrado, hai centos de anos, é que todas, todas, as substancias que poden ser psicótropos e que poden crear adición, todas, fan dano única e exclusivamente na medida en que haxa un deterioro social previo, fan dano onde o fan, á maioría da sociedade non llo fan en absoluto senón que incluso nos alegra a paletilla, sobrevivimos gracias a iso, iso tamén está demostrado hai centos de anos. Pola vía represiva non se vai a conseguir nada, pero bueno, estamos nesa liña, estamos nesa, parece que estamos, entón sacamos pois certo tipo de esperpentos que aínda por riba parece que hai que facer, sacando unha norma máis sobre a outra, sobre a outra, non dixemos a outra e demais, que sabemos a onde conduce, creo que era, non entendeu ou non quixo entender, non entendeu e non quixo entender o que dixen, ou sexa, no fondo lle estou dicindo que non é que non estea de acordo con esta norma, con este artigo e demais, é que non estou de acordo con toda a política en xeral que se está levando. Xa sei que vén de Estados Unidos, da Unión Europea e vén de non sei cantos sitios, pero non estou de acordo en absoluto, parece farisea e nos leva a este tipo de contradicións, nos leva a este tipo de contradicións porque se cadra pois resulta que en Asturias que non hai viño entón pois poñen o viño porque non hai un sector que se defenda, ala, aleluia, verdade, e temos a lei máis maravillosa do mundo e tal. Son unhas caralladas soberanas que pecan de raíz, vou moito máis alá, vou moitísimo máis alá, e caso de aprobarse a norma xa sabemos para que vai servir, non, máis ou menos xa sabemos para que vai servir, para o que está servindo a actual, que máis ou menos é do mesmo corte e demais. Creo que non entendeu, igual non me expresei, seguramente non me expresei ben e non foi, non foi ningunha, non foi cuestión ningunha de cintura nin de nada diso, esquézase, non foi nada diso, foi convición profunda, convición profunda de que toda esta oleada de pseudopuritanismo con respecto ás drogas e demais, pero, a ver, como, mire, ¿quere que lle diga unha cousa?, ¿a que anos empezou vostede a beber viño na casa?, ¿a que anos empezou vostede a beber viño na casa?, se cadra mezclado con auga ou así. ¿Fíxolle algún dano persistente, perseverante, tivo algún problema. Eu pódolle dicir cando empecei. Bueno, entón agora de repente parece que se vén o mundo adiante, se un crío de 14 anos pois bebe, ¡va!, ¡va!, ¡por favor!, ¡por favor!, ¡por favor!, ¡por favor!, iso, iso é o que estaba criticando, non esta oleada de non sei que, claro, bueno, pois pode ser unha cousa, non, pois que o neno beba ás agachadas como fan ou que sexa normal, é a diferenza que vai haber, co perigo de que ás agachadas ten outros perigos, todos sabemos que ten bastante máis perigo cando non se asume normalmente. Estou indo bastante máis alá que vostede, que o que acaba de dicir, non sei se me entendeu o suficiente, as cousas hai que tratalas con normalidade, integración social e previr, pero a mellor maneira de previr marxinalidade e cousas problemáticas, digo o mesmo co alcohol, co alcohol e co viño e ... tratalo con normalidade, con normalidade e non intentar facer cousas dese tipo. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- O edificio ten un pouco máis de vinte e cinco anos e eu son os que levo aquí de Deputado. Efectivamente a verdade é que para conseguir iso un ten que darlle as gracias fundamentalmente ós veciños que nos votan e neste caso ó partido político que me propón, pero bueno, é cuestión de tempo, ó mellor a vostede algún día o alcanzo e ó mellor non, e ó mellor non, que quere que lle diga. Mire, eu facíalle unha proposta para probar que efectivamente a teses de vostedes pola que traen estas mocións ó Pleno é a de oposición por oposición, porque comprenderá vostede que coa proposta que lle fixen que exactamente, exactamente, dicir que non se vaia máis alá da legalidade vixente, que aprobaron vostedes no tema do viño, e que me diga que non, quere dicir, unha de dúas, ou que non compartían a lei que fixeron vostedes antes e que aprobaron vostedes antes, ou que efectivamente veñen aquí a facer oposición da oposición, e por suposto a facer de ariete contra o Goberno de Galicia, simplemente iso, porque mire, coa proposta que lle fixen claramente, claramente volvemos á situación anterior. Polo tanto tema rematado. E mire, pode presumir por aí de que hai un grupo que apoia ó Goberno de Galicia que lle está dicindo iso, fíxese que curioso, e vostede prefire seguir “en la oposición por la oposición”, pois bueno, siga vostede nese camiño que van moi ben, comprobamos o que críamos dende o principio. Nada máis. Votamos en contra. ¡Ah!, por certo, unha aclaración, mire Sr. Durán, é que esquecíame e é importante, mire, cando me fun no Pleno pasado, o dixen antes de saír, o dixen antes de saír, que si pensaban que era por esta Moción que íamos a votar en contra, díxeno antes de saír, e aclareino, que o saiba, o que pasa é que ó mellor a vostede si lle fixo algo de efecto o consumo noutros momentos e non me entendeu ben, por non dicir outras cousas. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González, aínda que eu creo que as alusións nese termo non son adecuadas, pero, ten a palabra o Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Non son adecuadas Sr. Presidente, non son adecuadas, pero demostran a verdadeira catadura do Voceiro do Grupo Socialista. O Voceiro do Grupo Socialista atópase nesta última etapa moi incómodo neste papel de rapaz dos recados do partido seu en Santiago e evidentemente perde os nervios con moita frecuencia, como perdeu os nervios no pasado Pleno el e o resto da representación socialista e se foron, pero iso hai que dicilo así, hai que dicilo así, o Sr. D. Emilio González como leva tanto tempo nesta casa, leva un carto de século, evidentemente atópase incómodo, chegan momentos nos que se atopa incómodo, claro, porque posiblemente o Sr. D. Emilio González leva este tempo aquí porque non encontrou outro sitio, e entón claro tivo que repetir, repetir e repetir, ese é un dos problemas do Sr. D. Emilio González, posiblemente quixera facer outras cuestións, pero bueno, ese é o seu papel, evidentemente, evidentemente o Sr. D. Emilio González pois ten un teito, el pensa que non, pero ten un teito e aí está a cuestión, e ten esas saídas de pata de banco como a que nos acaba de amosar, que dende logo, dende logo, despois de vinte e cinco anos de presenza aquí demostran ben ás claras a súa verdadeira catadura, esa, esa e non outra, e outras cuestións que fai noutros Plenos. Pero bueno, dito sexa de paso é froito dende logo da intervención de D. Emilio González, que realmente, bueno pois, plantexan ámbolos dous que son persoas que teñen que defender esas medidas, que presenta o Goberno da Xunta de Galicia, do que forman parte os seus partidos e que despois se queixan, Mosquera se queixa, de por que nos enredamos nestes temas, ou por que traemos estes temas, ou por que teñen a importancia que teñen estes temas, ou que lla queremos dar, pois mire, pois vostedes socios dese goberno poñan coto a este tipo de cuestión, non facía falta poñer en marcha esta lei con esa referencia concreta ó tema do viño, non facía falta, non facía falta, pero vostedes a poñen, se suscita un debate social e nós evidentemente como grupo político participamos e damos o noso punto de vista e nos posicionamos. Iso é do que se trata. Eu non lle digo que non á proposta do Sr. D. Emilio González, o que digo é que mantemos os dous puntos da nosa, e queremos que se retire, cada un emprega o argumento ou a dialéctica da forma que quere, vostede lle dá esa volta, é cuestión del. Eu o que lle digo que se retire calquera tipo de referencia, de referencia ó viño, que está nesa Lei. E lle digo máis, e lle digo máis, mire, vostede é unha persoa aboada a palabras, a palabras que trata de por en circulación e que repite machaconamente, vostede está sempre falando do papel da Deputación de ariete, de ariete contra a Xunta. Non, mire, a Deputación, esta Deputación, o que fai é defender os intereses de todos os veciños da provincia, é o que estamos facendo, o que si está pasando é que vostedes o Partido Socialista están de maneira permanente utilizando os concellos nos que gobernan de arietes contra a Deputación, que é un tema distinto, que é un tema distinto, con afirmacións, con argumentacións, sobre temas que non son competencia nosa, iso si que está pasando. Fíxese, ademais fíxese vostede, e xa remato, nas Mocións que trouxemos a este Pleno, que a vostedes lles molestan, que vostedes xa sen entrar no debate das mesmas, pola simple lectura do seu texto xa dixo que ía votar en contra, xa se sacou desa parte de actividade destes Plenos que é debater e tratar de chegar a acordos. Vostedes xa dende un primeiro momento, xa desbotou esa posibilidade e deu outra mostra máis desa falta absoluta de talante que ten, por máis que pregoe o contrario, pero trouxemos a este Pleno, trouxemos cuestións que están sobre a mesa porque son, estas mocións, son símbolos, símbolos, o da Semana Verde, o do sector do moble que se falou aquí, evidentemente o tema do urbanismo, isto que estamos falando, son símbolos dunha época, da súa época de goberno na Xunta de Galicia, que son incapaces de xestionar, incapaces de lexislar cuestións que de verdade lle interesen ós cidadáns, iso é o que está pasando, e evidentemente como pasa iso témolo que traer aquí. Eu dende logo me alegro que hoxe non se foran do Pleno porque é síntoma de que o berrinche da semana pasada xa o superaron, pero dende logo ese tipo de actuacións en persoas que integran un partido que está gobernando en diferentes institucións, a verdade di moi pouco, son politicamente moi pouco edificantes. Máis nada Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Polo tanto en relación a ese resume exactamente os catro temas que aquí se trataron son de interese provincial, como ben dicía o Portavoz do partido do Bloque Nacionalista Galego, e por iso se trouxeron aquí, e este é tamén un deles, que nos preocupa e lle preocupa neste caso tamén ós que están neste ámbito, no ámbito do sector do viño, e que esta provincia evidentemente no seu ámbito total da provincia pois se pode ver prexudicada. Polo tanto procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Quere que votemos a emenda?. Bueno. Polo tanto procedemos a votar a Moción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular en relación co anteproxecto da Lei Integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos. Dita Moción é como segue: “O Deputado do Grupo Provincial do Partido Popular D. José Juan Durán Hermida ao abeiro do disposto nos artigos 91 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta para o seu debate e aprobación polo Pleno da Corporación Provincial, polo trámite de urxencia, a seguinte MOCIÓN contra a Lei Integral en materia de Drogodependencias e outros trastornos aditivos: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O pasado 14 de marzo de 2008 a Consellería de Sanidade publicou o anteproxecto da Lei Integral en materia de Drogodependencias e outros trastornos aditivos. Na exposición de motivos establécese como obxectivo da mesma a regulación das medidas orientadas ás drogodependencias así como as orientadas a outros trastornos aditivos. Establecendo así mesmo limitacións da publicidade e promoción do viño quedando prohibido o uso de declaracións de propiedades saudables, e incluso tamén, por exemplo, a visita dun menor de 18 anos a unha adega. A “Lei 24/2003 de 10 de xullo, de la Viña y del Vino”, ten como obxecto, entre outros, a promoción e publicidade do viño, establecendo no seu artigo 4. – “Promoción b) informar y difundir los beneficios del vino como alimento dentro de la dieta mediterránea”. A Lei do Viño de 2003 considera oficialmente ó viño como un alimento. O viño é un alimento natural moi complexo, ó que algúns chegaron a considerar un alimento funcional, porque non só aporta nutrientes xa que tamén ten compoñentes ós que se lles ten demostrado un efecto beneficioso para a saúde, diminuír ou retrasar determinados procesos patolóxicos. O consumo moderado de viño e o seu efecto beneficioso na saúde é unha frase posiblemente moi repetida, pero que está avalada polos múltiples estudos realizados polos máis prestixiosos médicos e expertos nutricionistas internacionais. Nos últimos anos, numerosos organismos, como o FIVIN, fundación para a investigación do viño e nutrición, orientan as súas actividades a valorar os posibles efectos protectores do consumo moderado do viño no noso organismo e sobre a saúde humana dende un punto de vista médico. Por iso, realizan un traballo continuo de investigación e recopilación sobre viño e saúde, baixo a supervisión dun comité científico formado por médicos, técnicos en saúde e nutrición de recoñecido prestixio nacional e internacional. O sector vitivinícola no Salnés ten unha grande importancia socioeconómica polo que a integración do viño na Lei Integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos producirá un efecto moi prexudicial ó quedar englobado xunto con estupefacientes e psicótropos. É evidente que é necesario regular a publicidade do viño e evitar o seu consumo por menores de 18 anos, pero esta debería levarse a cabo nunha lei específica do sector vitivinícola tal e como se fai noutros países europeos. Por todas estas razóns, proponse a adopción dos seguintes acordos: 1º.- Amosar o rexeitamento do Pleno da Deputación, como representante de todos os veciños e veciñas da provincia, ó anteproxecto da “Lei Integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos”. 2º.- Instar á Consellería de Sanidade para que retire toda referencia ó viño na citada Lei. 10.5696.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Si, en primer lugar dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales entre el 22 de abril y el 26 de mayo, dictadas entre estas fechas y asímismo una comunicación acusando al mismo tiempo recibo del Subdirector General del Ministerio de Fomento, en relación con lo que le mandamos en su día de la Moción que se aprobó sobre el Servicio de Correos. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 22 de abril e 26 de maio do ano 2008 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De escrito de data 30 de abril de 2008, do Ministerio de Fomento, da Subsecretaría, Subdirección Xeral de Regulación de Servizos Postais, en relación con traslado de acordo de moción aprobada en sesión plenaria de data 29 de febreiro de 2008 sobre o Servizo de Correos. 11.5697.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- D. Pauliño Del Río. ¡Ah!, D. Pauliño non está. D. Gabriel. Sr. Martínez Giráldez.- Bo día. Bueno, son varias preguntas que vou a ler. A primeira, é, Sr. Presidente da Deputación, no pasado Pleno do 25 de abril comunica de que é coñecedor de que no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas tralas obras executadas pola Deputación de Pontevedra estaban producíndose problemas de goteiras e humidades que deterioran o inmoble municipal e que se procedería a reter o aval á empresa que levou a cabo as obras. Ó mesmo tempo que o Presidente anunciou isto o goberno de Ponteareas, do PP, aproba o pasado 5 de maio o pago de 3.010 euros por traballos de impermeabilización do auditorio, antes de reclamar á empresa responsable da obra. Na actualidade o problema segue sen resolverse, como moitos veciños e veciñas tiveron a ocasión de comprobar estes días. A situación do auditorio Reveriano Soutullo é unha consecuencia directa da improvisación e falla de planificación do PP, que só se preocupa de realizar accións que resultan visibles en campaña electoral. Por isto formulo a seguinte pregunta: ¿cando está previsto que comece a actuación no auditorio por parte da Deputación tal e como anunciou no Pleno de abril o Sr. Presidente?, e ¿en que van a consistir as actuacións anunciadas polo Presidente da Deputación?. Sr. Presidente.- ¿Quere que lle conteste por escrito mellor, non?. Sr. Martínez Giráldez.- Como vostede queira. Sr. Presidente.- Bueno, pois lle contestaremos por escrito a cada unha delas, porque son dúas follas e lle contestamos por escrito. ¿Máis?. Sr. Martínez Giráldez.- Sigo lendo. Sr. Presidente.- Non, non, como as teño aquí, lle vamos a contestar unha por unha ademais, están perfectamente detalladas e polo tanto lle vamos a contestar. Neste caso o Sr. Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Si, bos días Sr. Presidente, eu teño dúas preguntas con respecto ó concello de O Porriño, e se segue vixente o seu compromiso de dotar o campo de fútbol do Lourambal de herba artificial, e a mellora do entorno da Igrexa de Cans, foron dous compromisos adquiridos publicamente pola Presidencia. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Bueno, no caso dese compromiso me gustaría saber onde está por escrito ese compromiso, ou por escrito ou incluso onde as miñas palabras foron textualmente así. De todas maneiras estamos á espera de poder inaugurar o campo que está rematado de Atios, que por certo fixo unha grada o concello de Porriño, a cal metade dela marchou polos aires, por dicilo así, quero dicir que a construción foi de verdade moi efectiva, e polo tanto unha vez que, pois, repoñan o deterioro que teñen naquela grada, estamos a espera de inauguralo, nós o que é a obra no concello de Porriño dunha instalación de herba artificial está rematada e neste momento é o que podemos dicir. E en relación ó tema de Cans tampouco, descoñezo neste momento ese tema que vostede di. E polo tanto no tema de Lourambal pois vin que a Conselleira, neste caso do ramo, foi alí a dicir que ían a facer unha actuación en Lourambal. Eu o que lle podo dicir é que no caso de Lourambal a actuación que se require para ese complexo é unha actuación moito máis seria, que non facer un campo de herba sintética, que pode hipotecar o futuro de toda aquela área e polo tanto creo que nese sentido a planificación ou a falta de planificación pois aí se evidencia, nese tema, creo que ten que partir, eu entendo do goberno municipal dese concello, unha proposta dun ámbito de actuación de toda esa área, porque non se pode facer un campo de herba sintética sen vestiarios, sen nada, e hipotecar toda aquela área de actuación, que coñezo, ademais coñezo ben porque a visitei en varias ocasións, non agora só senón xa fai tempo, e polo tanto creo que require, se somos sensatos, require unha actuación como digo moito máis ampla, pero para mostra, xa digo, estamos á espera e levamos catro meses á espera de poder inaugurar unhas instalacións que por parte da Deputación están totalmente rematadas, excepto unha grada que como digo fixo o concello e que a cuberta xa voou antes de inaugurala. Gracias. Bueno, Dona Isaura ten aquí, tamén. E, D. Juan Luciano Otero ten aquí outra que lle pasamos a palabra. Sr. Otero Besada.- Gracias Presidente. Bos días. Dende hai varios anos, algo máis de tres, vénse executando a mellora da estrada provincial 8004 que vai de Vilanoviña a Caldas, atravesando os concellos de Vilanova, Meis, Portas e Caldas. Que a pesar de atravesar catro concellos trátase dun tramo de 10 ou 12 quilómetros e que a pesares do tempo transcorrido está sen rematar. O pasado día 29 de abril varios veciños da zona expuxéronme a súa queixa pola demora e sobre todo pola discriminación que eles consideran, xa que fai, hai fincas con muros e beirarrúas rematadas e outros veciños levan esperando anos sen poder entrar nas súas fincas ó carecer de cerramentos e beirarrúas, concretamente na entrada de Lantaño hai unha vivenda que cedeu bastante terreo, rebaixóuselle o mesmo porque estaba nun alto e nestes momentos ten agrietada a citada casa. A miña pregunta é ¿cando se pensa rematar a mellora da P8004?, especialmente as beirarrúas e cerramentos dos veciños que aínda teñen pendentes os mesmos. Sr. Presidente.- Moitas gracias. A verdade é que esa é outra obra que coñezo ben e lle podo dicir que a min me gustaría que outras provincias tiveran esa estrada que nestes momentos teñen os veciños de toda esa zona, unha estrada que onte mesmo pasei por ela e que está nun estado, eu diría que moi aceptable, por non dicir outra palabra incluso máis contundente. Se é ben certo que sempre quedan pequenas actuacións, que hai que recordar que en todo caso aí hai tres concellos afectados, que son Vilanova de Arousa, máis ben catro, Vilanova de Arousa, Meis, Portas e Caldas de Reis, e en todo o tramo da estrada, sobre todo por parte dos concellos se están levando a cabo obras, neste caso por parte do propio concello, como poden ser beirarrúas, parte das beirarrúas que se fixeron son actuacións municipais que teñen autorización desta casa, pero en todo caso haberá que preguntarlle a cada concello cando as vai a rematar, porque o que si fixo a Deputación foi o ensanche, a mellora e a capa de rodaxe, que eu os invito a que pasen por ela. E aproveito a conxuntura porque onte estiven cos veciños de Portas, xa o trouxemos aquí ó Pleno tamén, e en relación a esa pregunta eu contestaríalle, vamos, ou lle faría outra pregunta tamén, que vostedes teñen responsabilidade no goberno de Galicia en relación a esa materia e máis nesa Consellería en concreto, que dunha vez por todas, o trouxemos aquí mediante dúas mocións, se resolvera o problema da conexión da estrada PontevedraVilagarcía, no tramo de enlace hacia Lantaño, precisamente con esa semirotonda ou falsa rotonda que se creou alí, que o único que fai é provocar moitisimos accidentes. Así mo denunciaron onte os veciños de Portas e eu tamén llo reitero e llo traslado para que llo poidan trasladar tamén á Xunta de Galicia, porque creo que é unha cuestión xa non tanto política, é unha cuestión de seguridade, que se fixo unha actuación alí que o único que fai é provocar múltiples accidentes. Por iso que lles invito tamén a que vaian a ver a estrada, porque a estrada ten un estado magnífico, magnífico, independentemente de pequenos acabados que se van a producir de maneira inmediata. E haberá outras actuacións de beirarrúas e de cuestións desas que haberá que preguntarlles ós concellos, que como digo son catro os que están afectados neste tema. Adiante. Sr. Otero Besada.- Non vou a entrar niso, eu tamén pisei esa estrada varias veces, sei que despois de estar alí á semana seguinte votóuselle a capa de rodaxe, pero o que si é certo é que hai beirarrúas que están completamente cortadas e os veciños non poden entrar nas súas casas. Non sei se é competencia da Deputación as beirarrúas ou é dos concellos. Deixámolo aí. E a pregunta da compañeira Isaura que tivo que marchar, agradecería que lla contestaran por escrito a ela. Sr. Presidente.- De acordo. Sr. Otero Besada.- Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Pois senón hai nada máis levántase a sesión. Moi bos días e moitas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición