ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.204
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2008/04/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/1.2008-04-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/04/25_Ordinaria

  • Data(s) 2008-04-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 83 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 25 de abril de 2008 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinte e cinco de abril do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1. 5676.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Imos a dar comezo a esta sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial onde temos o primeiro punto, aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria, do día 28 de marzo de 2008. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de marzo de 2008. 2. 5677.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE TOMIÑO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN PROVISIONAL E LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENZAS URBANÍSTICAS Sr. Presidente.- Punto número dous. Delegación de competencias do concello de Tomiño a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional e liquidación e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por expedición de licenzas urbanísticas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Pleno do concello de Tomiño na sesión celebrada o día 28 de decembro de 2007 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección da liquidación provisional e liquidación e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras, así como da taxa por expedición de licenza urbanística. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 25 de marzo de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Tomiño, para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional e liquidación e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras, así como da taxa por expedición de licenza urbanística. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de inspección da liquidación provisional e liquidación e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras, así como da taxa por expedición de licenza urbanística, realizou o Concello de Tomiño, por acordo do Pleno de data 28 de decembro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.5678.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE OIA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA E DAS FACULTADES DE LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR SUMIDOIROS Sr. Presidente.- Punto número tres. Delegación de competencias do concello de Oia a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana e das facultades de liquidación e recadación da taxa por sumidoiros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Pleno do concello de Oia na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, así como as facultades de liquidación e recadación da taxa por sumidoiros. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 25 de marzo de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Oia, para exercer as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, así como as facultades de liquidación e recadación da taxa por sumidoiros, coa reserva por parte do concello de Oia, de executar a xestión do padrón e a xestión, liquidación e recadación dos dereitos de acometida dos sumidoiros. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, así como a liquidación e recadación da taxa por sumidoiros, realizou o concello de Oia, por acordo do Pleno de data 30 de xaneiro de 2008, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.5679.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” Sr. Presidente.- Punto número catro. Modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que presta a Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra na memoria elaborada con data 3 de abril de 2008 propón ó Pleno que aprobe unha modificación na ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, para establecer unha nova tarifa polo uso mensual do servizo de comedor, motivado a que desde a entrada en funcionamento da escola infantil, os potenciais usuarios son nenos de 1 a 3 anos, con menús que requiren menos cantidade e menos diversidade de materia prima, do que se deduce que se deben reducir as tarifas por comidas e ceas, xa que as tarifas actuais do servizo de comedor estaban pensadas para usos puntuais de un ou varios días, sempre inferiores ó mes. Resultando que coa modificación proposta na memoria da Presidencia os cambios na ordenanza reguladora desta taxa afectan ó punto 1.4 da tarifa actual que pasaría a ser o punto 1.5, e que o punto 1.4 pasaría a denominarse “Servizo de comedor a nenos/as de 1 a 3 anos”, cada mes, desagregado en dous apartados, que corresponden ó servizo mensual de comida e ó servizo mensual de cea. Resultando que a esixencia da taxa produciríase o primeiro día hábil de cada mes, e polo seu importe mensual total, aínda que o servizo non se use todo os días do mes, e que do estudo realizado pola Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, o rendemento desta nova tarifa cubre os custos da materia prima e cubriría en parte os custos indirectos, é dicir que non supera os custos da prestación do servizo. Considerando o establecido nos artigos 33.2.b), 47 e 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 50 do Real decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, e os artigos 15 a 27 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, en canto á competencia e tramitación a seguir para a modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. Visto o informe de Intervención de data 3 de abril de 2008 que consta no expediente, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial polos servizos que se prestan na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, co seguinte detalle: -No “ANEXO I” da ordenanza reguladora da taxa provincial polos servizos que se prestan na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, o punto 1.4 da tarifa actual pasa a ser o punto 1.5, e o novo punto 1.4, pasa a denominarse “Servizo de comedor a nenos/as de 1 a 3 anos, cada mes”: -1.4.1. Polo servizo mensual de comida ...........................33,00 € -1.4.2. Polo servizo mensual de cea...................................33,00 € Unha vez introducidas as citadas modificacións na ordenanza reguladora da taxa provincial polos servizos que se prestan na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, o “ANEXO I” da mesma queda da seguinte forma: ANEXO I Conceptos Tarifa 1. Internados e estancias: 1.1. Por estancia completa, ó mes 431,00 € (almorzo, comida, merenda, cea e aloxamento) 1.2. Por estancia en media pensión, ó mes 278,00 € (almorzo, cea e aloxamento) 1.3. Estancias individuais: 1.3.1. Pensión completa, ó día: 15,40 € 1.3.1.1. Almorzo, ó día 2,60 € 1.3.1.2. Comida, ó día 4,60 € 1.3.1.3. Merenda, ó día 1,55 € 1.3.1.4. Cea, ó día 3,10 € 1.3.1.5. Aloxamento, ó día 6,15 € 1.4. Servizo de comedor a nenos/as de 1 a 3 anos, cada mes: 1.4.1. Polo servizo mensual de comida 33,00 € 1.4.2. Polo servizo mensual de cea 33,00 € 1.5. Utilización de aulas, cada hora ou fracción 1.5.1. Teóricas 9,25 € 1.5.2. Informáticas 20,55 € 1.5.3. Talleres 51,35 € 1.6. Utilización do auditorio, cada sesión 92,45 € 2. Por utilización de instalacións deportivas: 2.1. Pavillón polideportivo, cada hora ou fracción 12,30 € 2.2. Campo de fútbol, cada hora ou fracción 15,40 € 2.3. Escolas deportivas. Por actividade e curso. 30,80 € 3. Utilización de transporte escolar do Centro de Día, cada mes 30,80 € 4. Venda de produtos en cafetería: 4.1. Refrescos: Cervexa Heineken bote 1,25 € Conceptos Tarifa Cervexa Heineken 1/3 1,05 € Cervexa Heineken 1/5 0,80 € Cervexa 1/3 (Águila) 0,80 € Cervexa Buckler sen alcohol 0,85 € Cervexa 1/5 (Águila) 0,65 € Sidra 0,80 € Bitter sen alcohol 0,80 € Coca-cola botella 0,80 € Coca-cola bote 0,80 € Tónica 0,90 € Kas bote 0,80 € Nestea 0,95 € Zumes 0,80 € Mosto ½ 0,80 € Trinas (bote) 0,80 € Auga mineral 1 0,75 € Auga mineral ½ 0,55 € Auga mineral ¼ 0,45 € Té e macela 0,45 € Té con leite ou limón 0,50 € Café só 0,65 € Café cortado 0,65 € Café con leite 0,65 € Café con xeo 0,75 € Café dobre con leite 0,75 € Café descafeinado 0,65 € Café descafeinado dobre 0,75 € Cola-cao 0,75 € 4.2. Repostería: Bolo de leite 0,65 € Croissant 0,65 € Croissant con queixo 0,85 € Croissant con xamón 1,35 € Croissant con queixo e xamón 1,55 € Magdalena 0,30 € 4.3. Bocadillos: Conceptos Tarifa Xamón 1,45 € 1/2 de xamón 0,80 € Tortilla 1,05 € 1/2 de tortilla 0,65 € Queixo 1,05 € 1/2 de queixo 0,65 € Mortadela 0,80 € Mortadela con queixo 1,10 € 1/2 de mortadela 0,50 € 1/2 de mortadela con queixo 0,65 € Chourizo 1,05 € 1/2 de chourizo 0,65 € Tortilla con xamón 1,55 € 1/2 de tortilla con xamón 1,00 € Xamón con queixo 1,55 € 1/2 de xamón e queixo 0,90 € Chourizo e queixo 1,20 € 1/2 de chourizo e queixo 0,75 € Marmelo 0,80 € 1/2 de marmelo 0,50 € Marmelo e queixo 1,20 € 1/2 de marmelo e queixo 0,75 € Salchichón extra 1,20 € 1/2 de salchichón extra 0,75 € Tacos 0,50 € Salchichón con queixo 1,55 € 1/2 de salchichón con queixo 0,90 € Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. - O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa provincial polos servizos que se prestan na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 5.5680.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 1/2008 Sr. Presidente.- Punto número cinco. Expediente de modificación de créditos número 1/2008. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días, bueno, traemos un expediente de modificación de crédito por importe de 6.172.940 euros, e fundamentalmente, bueno, hai unha serie de partidas que o único que é, é cambialas, é dicir, porque para facer unha transferencia, por exemplo a unha fundación, a un pazo, que temos diñeiro pero vai nun convenio para recuperación, polo tanto hai que cambialo de capítulo. E tamén, para un convenio, temos 380.000 euros para un convenio para vehículos adaptados, que consideramos que é un tema importante, pois moitos colectivos nolo están solicitando. Tamén temos para outros servizos de persoal, para limpeza de praias, espazos recreativos. Levamos tamén unha partida importante para continuar coa terceira fase, debido á demanda que nos plantexa, sobre todo os concellos en temas de rematar ese proxecto de campos de herba sintética. Tamén levamos unha partida importante para o museo a ... do edificio de Pontevedra, do museo, dun millón de euros. Tamén temos outra partida importante para publicacións, é dicir, porque hai unha demanda importante nos últimos tempos de publicacións de persoas, colectivos que nos están reclamando diversos tipos de publicacións. E tamén levamos para infraestruturas, para ampliación de todo tema de infraestruturas e bens naturais de conservación, consideramos que é un tema tamén que debemos seguir mantendo, as nosas estradas provinciais de dous millóns de euros. E tamén temos unha partida de 50.000 euros por unha demanda tamén que se nos está plantexando nos últimos tempos que son a cantidade de visitas que ten o Castelo de Soutomaior, quere dicir que vai de menos a máis a cantidade de persoas que se desprazan a este patrimonio desta Deputación e que pensamos que son fundamentais. E estas son as partidas, pois máis importantes, hai outras de cuestións menores, tamén, bueno, levamos a partida de 219.000 euros para todos aqueles centros especiais concertados que temos agora mesmo fóra da nosa provincia, esperemos que algún día, pois a Xunta de Galicia os asuma ó ser da súa competencia. E estes son os temas máis importantes, non sei se me quedará algún menor, pero bueno, fundamentalmente as partidas fundamentais son as que van destinadas estes 6.170.000 euros. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e todas. Ben, estamos ante un expediente de modificación de crédito que á parte dunha serie de partidas que poderíamos entender rutinarias ou necesidades que hai que cubrir, e polo tanto non teríamos moito que dicir, pois teñen unha compoñente moi clara dunha dirección que está collendo esta Casa, de momento non se sabe cal, cada día ten unha distinta, pero bueno neste caso vai nunha dirección moi clara que é digamos, reforzar o control directo da Deputación sobre concellos, sobre a maneira de funcionar, xa o vimos por exemplo coas escolas deportivas, en vez de axudar ás municipais a Deputación bota as súas, e agora vémolo coa, por exemplo co de praias e espazos naturais, que pasara de ser unha transferencia ós concellos que xestionaban, decidían en que maneira ou investían, pois pasa a ser unha actuación directa da Deputación ou coa famosa partida do chapapote que sempre se está ampliando todos os anos, ¿verdade?, como sempre a máis grande das modificacións 2 millóns de euros, na que, como é aplicación directa da Deputación, pois, a ti che dou a ti non che dou, e caso de darche, pois veñen os das máquinas da Deputación, en contra ás veces da previsión dos concellos e sen ter en conta as súas necesidades e as súas prioridades, entón non é só que unha modificación de crédito tan ampla, pois digamos que responde a unha xestión e a unha execución de orzamento, que non compartimos, polo tanto non estamos de acordo, senón que a liña clara na que incide esta modificación, pois estamos moito menos. Están celosos das súas competencias e dos seus ¿verdade?, dos seus en fin, maneira de funcionar que lle invade, que lle despreza non sei que, pois colleron unha liña aquí con respecto ós concellos, pois é exactamente a mesma, ó final non é inviable pero a intención do goberno é moi clara de crear aquí, pois un concello paralelo, en vez de ser o concello de concellos, vai a ser o concello que compite ou seudo concello que compite cos concellos, sobre todo onde non gobernan vostedes, non creo que isto sexa función desta institución, polo tanto imos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Ben, vamos a ver Presidente, cando pasa un trimestre dende a aprobación definitiva do orzamento da Deputación preséntannos vostedes, tráenos este asunto ó Pleno porque case sete millóns de euros, por importe de case sete millóns de euros, e practicamente o 50% dese expediente adícase a dúas cuestións que a verdade non parece que en tres meses un teña a necesidade de incrementar tanto estes temas, é dicir, campos de herba 1.200.000 euros, 2 millóns máis para conservación, de verdade que parece, ou unha de dúas, que cando fixeron o orzamento non tiñan moi claro que cales eran as previsións e as obras que querían abordar, ou que o fixeron un pouco fotocopiando os anteriores sen ter en conta a realidade, realmente aparecen aquí cuestións como 181.000 euros para enquisa de infraestruturas, que é algo que tiñan que ter previsto no orzamento, é dicir, non parece normal, volvo a repetir, que apareza esa modificación agora mesmo na que a metade da modificación é para cuestións que tiñan que estar previstas, é dicir, aquí hai, parece que hai un erro na concepción do orzamento que se aprobou hai tres meses, de todos os xeitos nós nin compartíamos aquel orzamento nin compartimos máis do 50% dos fins a que se van a dedicar estas cuestións, polo tanto imos a votar en contra. Sr. Presidente.- Si, moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, ás veces un cando ten que defender as posturas dun grupo e se encontra que dende a oposición, pois vostedes fan unha crítica de execución de presuposto, pois é difícil Sr. González e Sr. Mosquera que vostedes poidan dar exemplo de algo cando nos seus concellos non son capaces nin de aprobar os presupostos a día de hoxe, é dicir, é difícil cando un está deste lado, ¿que di home? me están falando dúas persoas que ¿que día é hoxe?, vinte e tantos de abril e os seus concellos, que vostedes son dúas persoas importantes dentro dos seus concellos, que non teñan o presuposto aprobado e nos queiran dar leccións de execución dun presuposto, pois mira si, é certo, nós dende o un de xaneiro estamos executando un presuposto e loxicamente require modificacións porque imos modificando necesidades que teñen os propios veciños e os propios colectivos, claro que si que hai temas importantes, como rematar o museo, como seguir con ese plan de infraestruturas deportivas e por suposto tamén seguir coa conservación dos nosos viarios que é un tema importante e sobre todo cando dende a propia Xunta de Galicia se está facendo un Plan de Sectorización e resulta que nin a propia Deputación ten coñecemento en absoluto dese Plan de Infraestruturas, que despois falaremos tamén nunha moción que presenta o grupo Popular, pero mire Sr. Mosquera vostede dende logo, o seu discurso é complicado, porque vostede fala de intervencionismo cando vostedes cos consorcios sociais, non só no é que interveñan, obrigan, chantaxean e din, ou vostedes entran ou non hai diñeiro, coa empresa esa que fixeron agora en Medio Rural, que é onde colocan, bueno, a todos os seus afíns, é difícil, eu entendo que para vostede é complicado, as decisións, as vontades e os argumentos que ten o Bloque Nacionalista Galego dende hai dous anos e medio, hai unha frase que se di moito neste Pleno, quen te ha visto e quen te ve, vostede claro, ata agora tiña un discurso pero agora é difícil que vostede lle traslade ós veciños e ás veciñas pero como o Bloque está criticando posturas da Deputación de Pontevedra, cando eles son máis reaccionarios, son máis rancios, son máis caciquís, son máis intervencionistas, porque claro o do Consorcio de Servizos Sociais iso é para nota, é para nota, dentro da xestión dun goberno é para nota de intervencionismo. Pero vostedes non se privan en absoluto pero ademais nin o fan ben nas formas, é dicir porque colocan á súa xente con nomes e apelidos ó fronte de todo ese organismo, e non pasa nada, é dicir, nós ata entenderíamos que vostedes poidan ter esas accións políticas, pero o que non é de recibo é que vostede nos veña a dar exemplo agora aquí de nada, é dicir, absolutamente de nada, está absolutamente desacreditado para vostede falar de intervencionismo, é dicir, o maior intervencionismo que ese consorcio que vostedes montaron ó pé da letra para os seus beneficios electorais políticos. Eu creo que hai moi poucos exemplos na Comunidade Autónoma nin concellos da nosa provincia, polo tanto eu lle pediría un pouco de tacto, e se a palabra é ..., claro, porque un que non tiña pensado facer esta intervención, home, quere pensar vostede que a teño que facer porque claro, se o Sr. Mosquera de hai cinco anos intervira neste Pleno ó mellor nos teríamos que calar ou de tres ou de dous anos e medio para acá, ou colla os seus progresionarios e tírelle das orellas, ou senón non veña aquí a dar exemplo absolutamente de nada, porque dende logo calquera cidadán que escoite ou calquera medio de comunicación que escoite o que vostede acaba de dicir aquí, cando vostedes non o están facendo dunha maneira xa, nin con tacto nin con delicadeza o fan, ó bruto, ó bestia, é dicir, por mis narices, porque teño os votos, bueno pois que compare entre os cidadáns e que mire se o discurso que vostede acaba de facer aquí coincide co que fan os seus superiores en Santiago de Compostela, polo tanto, bueno pois dicindo isto con toda a delicadeza pero con toda a profundidade que pode ter porque é evidente que aínda que molesta, é dicir, eu creo que, cambien un pouco o discurso porque xa non son os mesmos de hai dous anos e medio. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, eu estou nun segundo turno normal, pero en todo caso procurarei ser moi breve non, é obvio que polas declaracións do portavoz do PP, que bueno, que os cachamos nas patacas, entón se irrita moito e sae por peteneras, vostedes están nunha política desta Casa utilizada a fondo para competir e estrangular, en fin, ós concellos, é obvio, primeira cuestión, segunda cuestión, é obvio tamén, que cando un tema se cita tantas veces aquí será porque lles fastidia, pero mire cando queira Sr. Figueroa con esta inflación de asuntos de competencia autonómico-estatal que vostedes traen aquí en plan moción, traian unha para discutir o do consorcio e o discutimos, ¿vale?, por primeira vez hai un intento serio, serio, para facer unha cobertura social que nunca se intentara, ben, pois se queren traian aquí e o discutimos, estamos abertos a discutir o que queiran, traian, pero non o estea metendo noutros debates continuamente dunha maneira tan absurda. En terceiro lugar, mire parece que teñen vostedes, e vamos, que vexa cal é o ánimo, nós estamos aquí na posición que estamos e polo tanto estamos detectando certas situacións e as poñemos sobre a mesa, pero estamos con ánimo construtivo, parece ser que a Deputación o que se di e demais, en fin o que se ve polos medios de comunicación, pois está moi preocupada polo Museo de Pontevedra, vostede volveuno a citar agora, e quero recordarlle que se o concello non participa no financiamento foi porque vostedes non quixeron expresamente, bueno pois eu fágolle a seguinte oferta, se teñen problemas para financialo, se esta Casa, se esta Casa cumpre cos compromisos antigos, públicos e notorios que ten Pontevedra, o concello de Pontevedra colaborará sen ningún problema nesa obra, agora que se vai ó final case ó triple do inicial etc., colaborará sen ningún problema, escóiteme ben o que lle digo, se deixa de facer todas esas, vamos, eludir os compromisos que teñen, públicos e notorios en moito tempo e que ..., e se deixan de facer esas triquiñuelas desta moción miserable, non, ou outra non, todo porque vai no concello de Pontevedra, non se preocupe por iso, imos a votar en contra, pero non se preocupe que estamos por iso, porque creemos que o ... os servizos ós cidadáns e llo damos da mellor maneira posible, entendemos que esta modificación de crédito non vai nesa dirección, se vai nunha dirección, nunha ... política Deputación-Concellos que non ten, non ten ningún sentido, por iso votamos en contra, non porque vostedes en Madrid non sei que pasou e que tal ou en Santiago fixo, non sei que colega seu dixo, fixo ou desfixo, se empezamos así, ó final o que demostramos é que aquí non sabemos o que temos que facer ou se o sabemos o queremos agachar e estamos falando doutras cousas, nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa, ¡ah, bueno!, D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Home Sr. Figueroa, este vai a ser o Pleno ..., seguro, é que dicir a estas alturas, ou acusar ós demais que como non teñen no seu concello o orzamento aprobado, vale, pero que o diga que en tres anos non foi capaz de aprobar un orzamento nun concello, home é duro de admitir, é duro de admitir, é duro de oír, é así, que por certo debe ser algo bastante normal, no concello de Redondela o Partido Popular gobernou tres anos en toda a historia da democracia e en tres anos tampouco foron capaces de aprobar un orzamento, debe ser algo que vostedes cando non teñen maioría absoluta non saben, ese é o tema, de todos os xeitos mire, eu na primeira intervención díxenlle algo tan claro como, explíquenos como executado o primeiro trimestre de orzamento, necesitan, para que ou por que necesitan eses dous millóns de euro máis e por que razón se equivocaron na previsión anterior para temas de conservación, explíquenos porque non aparecía dotación para a enquisa de infraestruturas que é fundamental para as inversións na provincia de Pontevedra do Estado, home iso si que nós entendemos que hai que explicar cando menos cando se trae aquí, volvo a repetir, cando pasou só un trimestre dende a execución do orzamento deste ano, dicíamos como é, máis do mesmo, do orzamento, imos a votar en contra, pero non se explicou nada do que estábamos falando, iso si insultar vostede, é algo que fai habitualmente e faino ben, ¡eh!, é dicir, a cada un coñecéselle polo que fai ben, e vostede insultar, insulta ... Sr. Figueroa Vila.- Empezo a contestarlle polo final, eu creo que de momento non insultei absolutamente a nadie, senón que estou dicindo, facendo unhas manifestacións obxectivas, é dicir, o que está pasando, o que pasa é que vostedes cando realmente se lles critica e vostedes entenden se está acertando na crítica, pois reaccionan desa maneira, eu creo que non insultei a nadie Sr. González, a nadie, dixen que vostedes, home dar exemplo político é difícil cando vostedes están falando de execución de presuposto e vostedes non o teñen nin aprobado, é dicir, bueno, eu creo que non é nada anormal. Con respecto, eu vou a falar moi pouco, pero con respecto ó que vostedes din dunha imposibilidade de aprobar os presupostos, mire, levámolos tres veces a Pleno e vostedes votaron en contra, pero aínda así a cidade se xestionou, ¿sabe cal é a diferenza entre vostedes e nós?, que nós onde xestionamos, xestionamos ben, facémolo con eficiencia e eficacia e vostedes gastan, é dicir, no concello de Vigo, reduciuse a débeda en case 15.000 millóns das antigas pesetas e resulta que agora teñen alí nas arcas uns oitenta millóns en remanentes aproximadamente que non saben nin o que facer con eles, é dicir, esa é a diferenza, cando cheguemos outra vez estará como cando chegamos, é dicir, a cero, a porcentaxe elevada case na débeda, no que marca a Lei, esa é a diferenza, bueno pero iso xa estamos acostumados, seguramente ó mellor temos que cambiar de discurso, nós tamén é facer o mesmo que fan vostedes, é dicir, pero bueno, é unha forma, un estilo, unha cultura de xestionar, é outra que teñen vostedes. Mire, Sr. Mosquera, hai un goberno, hai un goberno que retirou das Deputacións un dos Plans máis obxectivos que había que era por superficie e poboación, sábeo vostede que se chamaba POL. ¿Por que tomaron esa decisión?. Vostedes estiveron caladiños, pero bastante caladiños, o BNG, non dixo nin pío deste proxecto, aí están os medios de comunicación. Por que vostedes cando hai un proxecto que é obxectivo ó 100 % e o retira un goberno que vostedes apoian, que vostedes apoian e que gobernan en moitos concellos xuntos, e ó final se entende que cando gobernan xuntos pois algo de parecido terán, ¿por que vostede, Sr. Mosquera, non fixo unha rolda de prensa nin esas filtracións que fai vostede tan importantes e dixo que o BNG estaba en contra de que retiraran o POL?, non, retirárono e agora van a facelo a dedo dende o Ministerio de Administracións Públicas, farano a dedo o que é a proposta para os concellos, home eu creo que é unha contradición tan grande, tan grande, tan grande a que vostedes están facendo que é difícil de entender, pero estiveron caladiños, mentres nós estivemos intentando denunciar ese tema para que os concellos tivesen un beneficio importante, que estamos falando ademais de entre 10 e 15 millóns de euros, vostedes non abriron o pico. ¿Por que?. ¿Téñeno negociado por detrás para que llo dean a vostedes?. ¿Ou, o que fixo Medio Rural cando chegou que quitoulle todas as subvencións a todos os concellos?. ¿Ou queren que falemos con todos os alcaldes do Partido Popular de Galicia para demostrarlle, pois a falta de respecto que teñen dende as institucións vostedes con eles, que cando gobernan nin van a visitar ós Alcaldes e fan as obras a través dos concelleiros do BNG o do Partido Socialista, que son as que a solicitan e se eles lle dan o visto bo entón vostedes as executan?. ¿Pero cantos exemplos quere que lle poña a día de hoxe, concretos, do que está pasando na provincia de Pontevedra co goberno que vostedes dirixen e levan a cabo na Xunta de Galicia?. ¿Quere que llo conte, cada un deles?, porque iso é grave que unhas subvencións ou unhas axudas que teñen os concellos directamente, só se dan se o Conselleiro de turno do BNG ou do Partido Socialista, pois vai ó colectivo e llo vende, entón cando llo vende, entón xa ten o beneplácito. ¿Cantos alcaldes quere que lle poña enriba da mesa, da relación que temos, que non os reciben nin os Conselleiros nin os Directores Xerais? ... Nestes intres prodúcese un fallo no sistema de megafonía durante un tempo dun minuto e trinta segundos. Sr. Figueroa Vila.- ... e polo tanto nós seguimos incidindo que para seguir modernizando esta Casa, pois imos a seguir nesta liña de traballo que creo que é importante, pondo proxectos importantes enriba da mesa, e non llos vou a explicar unha vez máis porque os coñecemos todos e sería reincidir en algo, en algo que claro, e o discurso a vostedes única e exclusivamente no chapapote se lles acabou, se lles acabou hai tempo, non falan da posta en marcha de solo industrial, iso vostedes non queren falar en absoluto dese tema, é dicir, supoño que ese proxecto si que o apoiarán dunha maneira clara, supoño que apoiarán a mostra que estamos dando de temas sensibles como culturais, sociais e deportivos que están todos eses proxectos en marcha, é dicir, eu creo que iso é para os cidadáns, para os veciños, para os concellos, eu creo que evidentemente se lles comeza a esgotar o seu discurso, e bueno, o seu discurso vai noutra liña, vai na liña da modernidade e creo que estamos aí, é dicir, cada día somos máis punteiros e dende logo non se preocupe que imos a seguir traballando para por novos proxectos enriba da mesa como ten que corresponder a un goberno dinámico e un goberno que se quere actualizar e creo que este é un goberno que está dando mostras dende a Presidencia ata o último do seus membros que queremos actualizar e modernizar esta casa e que os estamos facendo pouco a pouco, pero creo que xa avanzamos bastante. Sr. Presidente.- Era a miña intención darlle voz ó Sr. Mosquera pero non sei se podo, a ver. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, si, como non. Sr. Presidente.- ¿Quere intervir?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, mire, eu como sabe xa teño certa experiencia e tal, entón había un concelleiro do seu partido en Pontevedra que cando el tiña un carrete moi detallado, foi tomar viños con paisanos, así que caéuselle, valía para un roto e para un descosido, se se lle preguntaba pola auga no Ramallás soltábase carrete, e se se lle preguntaba por unha rotura soltábase carrete, normalmente carrete de media o cal o que perseguía era, sempre dicía o mesmo falara o que se falara, o que se perseguía era que non se lle preguntara e non se lle criticara, parece que é o que está facendo o Sr. Figueroa porque ese discurso ímolo escoitar aquí non sei cantas veces, o que faga falta, agora, de cousas concretas, do que se está hoxe falando iso non quere, ben é unha cuestión súa, aquí hai unha intención clara, se dixo antes e iso non se contesta, evidentemente sae por peteneras, e en todo caso pois vostedes nesta institución non creen nada, ou sexa os discursos que fan e que si pasa no concello de non sei onde, que si pasa na Xunta, que si pasa no Estado, que si pasa non sei cal, nada, dicir o que se está aquí en concreto, o que se está discutindo en cada punto iso parece imposible para vostedes, imposible, aprenderon un carrete, polo menos o Sr. Figueroa, repite a conto do que veña, ten moitos máis elementos de calquera outro tipo de política que do que se está falando, do que se fala na casa, despois din que outros, vostedes o demostran todos os días, están falando de todo menos do que estamos discutindo aquí, e o que estamos discutindo nesta modificación, vostedes están nunha liña clarísima de xestionar directamente servizos como transferencias de capital que pasar ós concellos, e para ter, terá que ver seguramente, terá que ver seguramente cos que gobernan nos concellos, é obvio, entón esta casa vai ós vandazos segundo o momento que conveña, “non, non, agora a ver se o vendemos nós que xa o facemos nós directamente, eliminamos ó concello, imos para adiante, para atrás, etc...”, pois nós neso non imos a estar de acordo evidentemente, incluso non estaban vostedes de acordo hai catro anos, pois iso é o que estamos discutindo e o resto é adorno demais. E a ver se non alargamos tanto isto, pero bueno se se fala de todo, é mellor que non estamos contestando o que se fala, ¡eh!, porque senón, ¿quere falar de Medio Rural?, traíao un día e falamos expresamente, ¿quere falar do Consorcio?, traíao un día, nós tamén temos todos os días. ¿Queren discutir aquí sobre a visita da Ministra Forestal?, traíao un día e discutimos, non se preocupe discutimos de todo pero non o metamos no medio de cada discurso para encubrir o que están facendo realmente, moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Moquera. Bueno, a verdade é que hai que escoitar unha cousa tan sorprendente como que o Bloque leva dicindo que as Deputacións, pois non deberían de existir e agora son capaces de dicir que iso, que é o Partido Popular quen non cre nesta Institución, xa facía tempo que non escoitaba unha cousa tan bárbara, pero bueno, neste caso por parte do Sr. Portavoz da oposición se pode escoitar iso e algo máis, pero bueno en relación a esta cuestión D. Cesáreo Mosquera ... Neste momento prodúcese unha interrupción na gravación do Pleno. Sr. Presidente.- … senón temos en conta a Cidade da Cultura a construírse en Santiago. Polo tanto, sería bo que vostedes formaran parte por suposto, e sería bo que se levaran a cabo accións conxuntas que beneficien a este tema. E ademais vostede como nadie coñece que é o que está pasando aí porque forma parte do Patronato tamén neste caso do Museo de Pontevedra. Pero bueno, o que estamos aquí aprobando, como vostede fixo mención a este asunto, estamos aprobando pois este punto que era neste caso a modificación, a primeira modificación de créditos deste ano 2008. Vamos a proceder á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra a través de escrito de data 15 de abril de 2008, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2008, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 6.922.940,00 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que na proposta da Presidencia figura o detalle das partidas concretas ás que se lle dota de crédito e ás que se lle incrementa o mesmo, e que supoñen un total de créditos extraordinarios por importe de 1.489.000,00 euros, e un total de suplementos de crédito por importe de 5.433.940,00 euros. Resultando que o expediente de modificación de créditos número 1/2008, financiase con baixas de crédito de gastos das partidas 08/711.442.762.82 e 08/123.453.662.00, do vixente orzamento provincial, por importes de 600.000,00 e 150.000,00 euros., respectivamente, que se estiman reducibles sen perturbación do respectivo servizo, e con aforro propio procedente do remanente líquido de tesourería para gastos xerais, por importe global de 6.172.940,00 euros. Resultando que no informe de Intervención de data 14 de abril de 2008, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto á competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2008. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/2008, por un importe total de 6.922.940,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 1º Capítulo 2º Capítulo 4º Capítulo 6º Capítulo 7º Gastos de persoal ..................................... 666.000,00 € Gastos en bens correntes e de servizos........................................................ 2.683.940,00 € Transferencias correntes........................... 500.000,00 € Investimentos reais.................................... 2.399.000,00 € Transferencias de capital.......................... - 76.000,00 € Total variacións por capítulos .... 6.172.940,00 € Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 6.5681.- MOCIÓN CONXUNTA DOS TRES GRUPOS PROVINCIAIS SOBRE A CONSTRUCIÓN DUNHA AUTOVÍA ENTRE PONTEVEDRA E LUGO, POR CERDEDO, LALÍN, MONTERROSO E GUNTÍN Sr. Presidente.- Punto número 6. É neste caso a moción conxunta dos tres grupos provinciais sobre a construción dunha autovía entre Pontevedra e Lugo, que neste caso a proposta figura ademais que sexa por Cerdedo, Lalín, Monterroso e Gundín, creo que é unha proposta consensuada polos tres grupos pero ten a palabra neste caso o Portavoz do Partido Popular, D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días a todos. A construción desta autovía que demandamos sería por así chamarlle dalgún xeito o corredor central de Galicia que sairía de Ribadeo e que chegaría ata Pontevedra, pasando por Meira, Lugo, Guntín, Monterroso, Antas de Ulla, todo iso na provincia de Lugo, e logo xa na provincia de Pontevedra, por Agolada, solapando a N-640 que é por onde veñen todos estes concellos que acabo de mencionar, logo viría Lalín, Silleda, Forcarei, Cerdedo, Cotobade e Pontevedra, seguindo o senso desa banda azul da bandeira de Galicia, é que é unha vella reivindicación de diversos sectores sociais, económicos e políticos. Non cabe dúbida que no que toca á provincia de Pontevedra a Comarca do Deza, todo o norte en xeral provincial, pero especialmente a Comarca do Deza, viviu bastante desvinculada da vida provincial debido precisamente a que a vía de comunicación non é boa, debido primeiro a que hai 80 quilómetros, e segundo a que as vías de comunicación que temos agora mesmo pois a verdade é que deixan moito que desexar de acordo coas necesidades actuais. É certo que sufriron algunhas reformas importantes, en concreto a carretera de Lalín ata Forcarei, pero hoxe non é suficiente para a demanda que hai agora mesmo. É certo que non hai moito tráfico por elas para pedir que iso sexa unha autovía, pero non é menos certo que non o hai precisamente polas condicións nas que están, senón o fluxo que habería dende Lugo a Pontevedra por esa vía dende logo que se multiplicaría por tres ou por catro. Antigamente chegouse a denominar nos anos 80 a esta vía, como eixe agrario galego, valía un pouquiño para vertebrar Galicia dende, para enganchar coa transcantábrica, e vir por Lugo, Pontevedra, Vigo, e logo tamén pois levar a xente que quixera ir para Europa en vehículo, que saíra da zona de Portugal que entra a Galicia por Tui. En definitiva trátase dunha autoestrada, dunha autovía, perdón, a autoestrada, xa son bastante caras, trátase dunha autovía que algún día se fará, agora mesmo está prevista, está prevista a de Santiago a Lugo, logo a de Lugo a Ourense, e logo algún día lle poderá tocar a esta e o mérito é que vaia collendo vez. Sabemos que non se lle pode pedir ó Ministerio de Fomento que o faga de hoxe para mañá, sería imposible e á parte que sería unha insensatez, nós o que queremos é poñer encima da mesa que fai falta un eixe central de Galicia que vertebraría, é o que nos falta desa x que lle falta a Galicia, entre a parte das distintas autovías, tanto a do Atlántico como a de Vigo, como despois a autoestrada que une Coruña con Vigo, logo hai a de Santiago-Ourense, e queda realmente unha que é Pontevedra, ou sexa, Vigo-Tui, Tui-Vigo-Pontevedra-Lugo e Asturias. Creo que sería, quedarían con esa autovía totalmente cerradas as estradas, as vías de alta capacidade en Galicia, e creo que o resto sería cuestión de mellorar as outras distintas redes máis secundarias. Con iso completaríase por así dicilo xunto co tramo que falta, pero que en principio xa está en estudo, que é o eixe central que vai por Monterroso, perdón que vai por Monforte, e que vai por Quiroga e que vai unir ó Bierzo, xunto con iso, cando estiveran feitas esas vías todas, como digo esas xa están máis adiantadas, algunha delas, algún tramo en concreto, o tramo Chantada-Monforte xa está licitado ou estase licitando o estudo informativo, creo que con isto quedaría Galicia totalmente vertebrada. Intentamos facer un esforzo por parte dos tres grupos políticos e creo que o feito de que a proposta que sexa solicitar esta construción ó Ministerio de Fomento, ó mesmo tempo remitir este acordo, quedamos de remitilo ó grupo do Partido Popular, ó grupo do Partido Socialista, ó grupo do Bloque Nacionalista, do Parlamento Galego, para que apoien este acordo, e ós concellos afectados por onde pasa a mesma, con esta finalidade, e habería que engadir que falta aí, así como á Deputación de Lugo, entendemos que se a Deputación de Pontevedra opina nisto a Deputación de Lugo tamén debe opinar porque son as dúas provincias que son afectadas. Entón sería remitilo ós distintos grupos parlamentarios e remitilo ós concellos por onde pasa, neste caso ata Guntín, porque dende alí solaparíase coa que vai de Santiago a Lugo, e para que tomaran os seus correspondentes acordos. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Vamos a ver, como xa dixo o Sr. Crespo, evidentemente coas necesidades que hai e tal como está distribuída a poboación e demais, pois é unha vía de complexa execución. Vai ser unha batalla longa, longa, o asunto é que se vaia colocando, xa está, se as miñas referencias non fallan, no Plan de Infraestruturas do Eixe Atlántico, tomamos estes acordos, no concello de Pontevedra tamén se adoptaron. Haberá que estar atento nos plan de infraestruturas que vaian saíndo de Galicia ou do Estado, pois ila metendo, ila poñendo digamos na axenda política, para dicir algo. Entón este acordo que, bueno, podía estar redactado desta maneira ou doutra, no sentido de que igual podía quedar máis aberto en canto a trazados, o tempo dirá exactamente, o asunto é que o diga e que nalgún momento haxa nos plans quen teña que facer isto, sexa Fomento, no nos diriximos a Fomento, pode ser en colaboración coa Xunta no seu momento, incluso coa Deputación, o asunto é poñelo na axenda política e que unha vía deste tipo pois vaia, tomo as palabras de Crespo, tomando vez, collendo vez e que vaia figurando nos distintos plans de infraestruturas para, digamos, ten bastante sentido de vertebración interior da provincia de Pontevedra, de Galicia e demais. Pode ser que os motivos económicos hoxe non a xustifiquen estritamente, pero satisfeitas as necesidades doutras zonas evidentemente haberá que meterse con infraestruturas deste tipo que non por afectar a menos poboación deixan de ser necesarias. Polo tanto, vamos, compartimos o texto da moción, de feito asinámolo, é unha iniciativa conxunta e vamos a votar a favor, evidentemente. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Bueno, eu creo que todos compartimos a dificultade que ten ese vial e a necesidade, non só para a comunicación Pontevedra-Lugo senón para a vertebración real do interior da provincia de Pontevedra con Pontevedra cidade. É certo, dicía antes, que compartimos todos a dificultade do vial e é certo que o plantexamento é un pouco o que dicía Crespo antes, de coller vez neste tema. Home, lamentar que non fóramos capaces antes, fai anos, de coller vez neste vial, entre todos tamén, porque, supoño que sería pola dificultade que ten o vial non por outra razón, ninguén, porque estaba gobernando non quería facela porque era moi complicado, non, senón simplemente porque ten moitas dificultades e é un vial custoso realmente. Pero bueno, nesa intención de coller vez, de que apareza en todas as axendas e de que é certo que o trazado pode ser este e pode ser outro ó mellor, pero bueno, a cuestión é que se empece a falar do vial e que se sinta a necesidade deste vial. Nada máis. Vamos a votar a favor loxicamente porque compartimos e firmamos a moción. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, pois moitas gracias, estamos todos de acordo, eu sei que fixemos un esforzo os tres grupos para chegar a un consenso, creo que vale a pena e efectivamente o mérito é ir collendo vez e logo pois loxicamente cando os estudos técnicos digan algunha cousa haberá que entendelo. Por exemplo, falamos da unión coa autovía que vai de Santiago a Lugo en Guntín, por dicir algo, pero é que ó mellor vale a pena ó mellor metela en Agolada e en Agolada hacia Melide, ó mellor porque tecnicamente é máis factible e afórranse quilómetros, non o sei, o que é certo é que é bo para vertebrar Galicia de Suroeste a Noreste e creo que iso vale a pena. E o feito que dicía D. Cesáreo Mosquera de que afecta a pouca poboación, non a tan pouca, porque afecta a menos da que parece, porque por exemplo a xente de Lalín para vir a Pontevedra vimos por Santiago, collemos a autoestrada Lalín-Santiago e logo vimos, é dicir, facemos 120 quilómetros cando poderíamos facer setenta e pico. Polo tanto agora ten menos tráfico precisamente porque ten o trazado que ten. Eu creo que en canto que se abrira dende logo o que é certo é que a provincia de Lugo, cando as estradas eran todas malas, hai que dicilo, vivía moito máis coa zona de Pontevedra e Marín, vivía infinitamente máis, de feito viñan a veranear aí moitos deles e moitos do Deza, que como están facendo agora que se están desprazando máis hacia a zona de Santiago-Noia, etc., etc., por razóns obvias. Polo tanto eu creo que o feito de que vai collendo vez é unha boa cousa e sobre todo que cara ó futuro, se todos estamos dispostos a defender ese eixe vertebrador, pois creo que mellor que mellor. Moitisimas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Procedemos polo tanto á votación neste caso do punto número 6 da orde do día, sobre a Moción conxunta presentada polos tres grupos para a construción desa autovía entre Pontevedra e Lugo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción conxunta dos tres grupos provinciais sobre a construción dunha autovía entre Pontevedra e Lugo, por Cerdedo, Lalín, Monterroso e Guntín. Dita Moción é como segue: “Os grupos provinciais do Partido Popular (PP), Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Deputación Provincial de Pontevedra, ó abeiro da lexislación vixente, presentan diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción relativa ás infraestruturas viarias na provincia de Pontevedra. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- Na actualidade, a conexión das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes – zona norte da provincia, cunha poboación de 90.000 habitantes- coa capital de Pontevedra é moi deficiente. De xeito que un veciño das devanditas comarcas tarda vinte minutos, ou menos, en chegar á provincia de A Coruña (Santiago de Compostela) e, pola contra, máis de hora e media en facelo a Pontevedra. 2.- A construción dunha autovía ou corredor central de Galicia, dende Ribadeo a Pontevedra pasando por Meira, Lugo, Guntín, Monterroso e Antas de Ulla (provincia de Lugo) e por Agolada (N-640), Lalín, Silleda, Forcarei, Cerdedo, Cotobade e Pontevedra (N-541), seguindo o senso da banda azul da bandeira de Galicia, é unha vella reivindicación de diversos sectores sociais e económicos do país. 3.- Esa demanda social baseábase na certeza de que ese galego, como algúns o chegaron a denominar, serviría de eixe vertebrador da Galicia interior e conectaría, de xeito natural, zonas de tanto potencial turístico, empresarial, agropecuario e social como as da Mariña de Lugo, a área metropolitana de Lugo, as comarcas da Terra Chá, A Ulloa, Deza, Tabeirós e Terra de Montes con Pontevedra, as Rías Baixas e a área metropolitana de Vigo. Ó tempo de que multiplicaría a conectividade das autovías e das estradas da Rede Galega e da Provincial e potenciaría a vella conexión de Vigo con Lugo que usaban os portugueses e que cubrían rutas de autobuses, como os famosos Gómez de Castro. 4.- As devanditas carencias de comunicación das comarcas do norte coa capital de Pontevedra provocan que, na actualidade, os seus veciños e residentes estean, moitas veces en contra da súa vontade, máis volcados ás áreas sociais e de mercado de Santiago de Compostela ou Ourense que á propia capital provincial. Polas anteditas razóns, os tres grupos políticos con representación na Corporación Provincial de Pontevedra, sometemos á consideración do Pleno da Deputación esta Moción para que se adopten os seguintes ACORDOS: 1.- Os grupos provinciais do PP, PSOE e BNG, que conforman a Corporación Provincial de Pontevedra, instan ó Ministerio de Fomento para que acometa a construción dunha autovía entre Pontevedra e Guntín (Lugo) onde conectaría coa autovía Santiago-Lugo a través das estradas nacionais N-541 e N640 e a través dos concellos de Pontevedra, Cotobade, Cerdedo, Forcarei, Silleda (Laro), Lalín e Agolada, na provincia de Pontevedra. 2.- Remitir este acordo ós grupos do Partido Popular (PP), Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Parlamento Galego para que apoien este acordo, ós concellos afectados, con esta mesma finalidade e á Deputación de Lugo.” 7.5682.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE POSIBLES TRANSFERENCIAS DE ESTRADAS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- Punto número 7 da orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre posibles transferencias das estradas provinciais. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, nesta moción do que se trata, xa o comentamos na Comisión Informativa, é de algo tan sinxelo como que a Xunta nestes momentos atópase traballando para ultimar, ou practicamente polo que din os distintos medios de comunicación, estanse ultimando o Plan Integral de Transportes de Galicia, coñecido como PITGAL, e dalgún xeito o que pretende este plan, ou polo menos é o que se nos di, é realizar unha redistribución da rede viaria e conseguintes transferencias de estradas entre Deputacións galegas, Xunta de Galicia, etc., etc. Quere isto dicir que un tema tan importante como é o Plan Integral de Transportes de Galicia, tendo en conta que as Deputacións de Galicia teñen o 57% da rede, polo tanto son competencia das catro Deputacións o 57%, non da capacidade pero si dos quilómetros totais que hai de rede, porque son 17.191 km. de estradas que en Galicia son titularidade do Goberno Central, da Xunta de Galicia e das Deputacións, polo tanto se máis da metade son das Deputacións, parece lóxico que algo deberemos opinar nelas. En concreto no que nos toca á provincia de Pontevedra porque nós dende logo o que non queremos meternos é no ámbito de actuación doutras Deputacións, no caso da provincia de Pontevedra son titularidade das tres administracións 3.500 km. e en concreto dos 3.491, ou sexa, practicamente 3.500 km. totais, 1.765, é dicir, máis do 50% é competencia da Deputación de Pontevedra. Polo tanto a distribución das estradas galegas provinciais a verdade é que sufriu unha variación desde a transferencia de competencias de estradas agás as modificacións de titularidade realizadas como consecuencia de actuacións concretas. Neste caso aquí en Pontevedra, como sucedeu na estrada Porráns-Cuntis, ou na estrada, por exemplo, Lalín-Vila de Cruces. Bueno, do que pretendemos con esta moción é que tendo en conta que o PITGAL pretende plantexar unha nova redistribución, por certo moi necesaria da rede viaria, o que lle pedimos é a Xunta de Galicia que con carácter previo a sacalo, a sacar este plan que se estude nunha mesa técnica coas Deputacións e tamén cos representantes da Administración Local, a FEGAMP, as posibles transferencias de estradas entre Deputacións e Xunta. Eu xa sei que efectivamente cando se teña o plan encima da mesa e se aprobe inicialmente se nos dará vela ás Deputacións, é perfectamente normal e é necesario, é probable que desas suxerencias que fagamos as Deputacións nese plan pois se nos teñan en conta unha cantidade importante delas, pero a nós pareceríanos máis razoable que xusto antes de sacar o plan e tendo en conta que as Deputacións aí non poden estar de convidados de pedra, porque somos uns membros activos, porque aínda que temos unha rede viaria de “peor calidade”, entre comiñas o de peor calidade, si en cantidade de quilómetros é superior á que suman a Xunta e mailo Estado. Polo tanto se iso é así nós o que pedimos é que, parece ser que o plan está practicamente ultimado, e digo parece ser porque non temos información ningunha, só a que nos chega por algún medio de comunicación e por algún funcionario. O que é certo é que se vai sacar ese plan, que é necesario e que todos o aplaudimos, pero tamén é necesario que xa naza razoablemente consensuado. Polo tanto por iso pedimos nesta moción unha mesa técnica para que non haxa problemas políticos, para que non digan, non é que aquí quere a Deputación de Pontevedra anotarse un tanto político e defender o indefendible, non, non, pedimos unha mesa técnica onde ese plan, as posibles alegacións que nós fagamos a posteriori se poidan facer previamente para que veñan xa contempladas, e logo a maiores unha vez que se aprobe inicialmente o plan, as catro Deputacións e nós no caso da de Pontevedra estudaremos as modificacións ou as engádegas que lle propoñeremos ó citado plan. Ese é basicamente o motivo desta moción. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. A verdade é que hoxe a mañá está sendo así, en fin, unhas horas así moi intensas e de sorpresa en sorpresa, os temas estaban xestándose antes pero cristalizan en reunións previas neste Pleno. Esta moción é profundamente sorprendente, e nestes momentos bastante máis, é sorprendente incluso pola propia redacción e sinatura, leo: Asinado, Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra e Portavoz do Grupo Provincial do Partido Popular. Non sei exactamente, se nos plenos actúa como Portavoz, duplica portavocías e demais, pero creo que oficialmente non é o Portavoz do Grupo Popular, creo, creo, posiblemente estea nun profundo erro porque o que está en papeis e o que nos mandan á Xunta de Portavoces, pois son outras persoas, pero supoño que non estarán enganando, o que estará ben será o papel. Isto digamos que podía ser unha cuestión menor, pero bueno, xa a presentaron na Comisión e polo tanto terían que, tiveron tempo a mirala, xa non é unha cuestión á présa como nos están ametrallando agora con outras cuestións. En segundo lugar, cando non está ditaminado pola Comisión hai que votar antes a urxencia, tampouco se fixo, tampouco se fixo porque esta é a casa de “Tócame Roque”. En terceiro lugar, é profundamente sorprendente que se cree unha comisión, se non me engano o 25 de xaneiro, para estudar, para estudar a xestión de determinados centros da Deputación que nunca tivo ningunha reunión, nunca tivo ningunha reunión, a única reunión que houbera extra oficial, porque non existía a Comisión, foi o día 16 de xaneiro, e daquela non houbo nunca, e hoxe sen convocatoria oficial como se fai nas comisións e a orde do día, pois resulta que sobra a comisión e de repente sobrando a comisión pois nos di que xa non hai nada, que fala de transferencias, nos mete unha moción dicindo que hai que falar de transferencias. Bueno, por que esa comisión, que segue existindo, por certo, segue existindo, a menos que presenten unha terceira, cuarta ou quinta moción de urxencia e a disolvan segue existindo. Porque o Pleno a creou, non se reuniu nunca, evidentemente, porque non era a súa intención xa reunilas nin facer nada nese sentido. Pero digo que se hai unha comisión para estudar a xestión de determinados centros e determinadas instalacións da Deputación, pois non sei porque esa comisión pois non se reuniu para estudar isto. Acordan, din que a van disolver, aínda non está resolta, pero din que a van disolver, pero agora propoñen que se cree outra, unha mesa técnica coas Deputacións e a FEGAMP, as posibles transferencias das estradas entre as Deputacións e a Xunta. Ben, pois nós somos coherentes co que votamos no seu día, polo tanto non estamos de acordo con que se disolva a comisión e isto entra perfectamente na discusión desa comisión, porque terá que haber unha proposta, unha mesa técnica de que, a Deputación ¿que é o que quere transferir?, terá que ter unha proposta máis ou menos, terá que tela, digo eu , porque que é, esperar a proposta da Xunta, para iso esperan a proposta e despois opinamos, teremos que ter unha proposta, aí hai unha comisión creada expresamente para iso. Non, non hai a comisión, non se sabe se hai ou non hai, non se reuniu nunca, polo menos formalmente, e agora acordan disolvela. Pois a verdade é que de sorpresa en sorpresa, de sorpresa en sorpresa, sen saber moi ben a que estamos xogando, non a min, danos a sensación de que andan coa cabeza moi acelerada, de verdade, chamámoslle, en certos círculos chamámoslle política de florete, ou sexa, non sabemos a onde vamos, senón é que agora, non nos recibiu a prensa e entón zas, sacamos o florete así en curto, pero claro, o florete chega a onde chega, non hai maneira de pensar de certa distancia, verdade, certa distancia, e ó final un remátase líando co florete e ó final xa non sabe nin onde o ten, de tanto lío que se monta, de andar intentando xogar para arriba e para abaixo, metela e desmetela. Entón non hai ningunha coherencia nin se sabe, agora é, a ver, todo é unha crítica implícita, ou sexa, POLITICA aquí non hai, con maiúsculas, entón vamos a ver a transferencia, a ver se metemos nun lío á Xunta, entón creamos unha comisión e entón non a creamos, agora como xa nos di que hai a das estradas entón non, entón a ver ... Mire, a ver, esta casa ten a vontade real, independentemente dos accidentes, ¿ten a vontade real de transferir estradas?, ¿ten a vontade real de estudar a xestión?, ¿tena?, bueno, pois entón créase unha comisión en cales van ser, está creada incluso, non se reuniu, a pesar, a pesar de que brillantemente e en contra do que se dixo hoxe, os acordos por escrito tampouco lle importan para nada, é unha cousa espectacular, dende logo con vostedes é moi difícil, moi difícil. Mire, leo a comisión como se creou, “... tal ... cos Portavoces dos Grupos Políticos e co representante,. ós efectos de iniciar o estudo e análise de xestión de determinados centros da Deputación e toda vez que estas reunións se van a celebrar con certa periodicidade, -ou sexa, ningunha, ningunha-, e en base ó nel acordado, o Pleno acorda por unanimidade crear unha comisión de estudo e análise sobre a xestión de determinados centros da Deputación composta por Presidente, Portavoces, representante Xunta de Persoal, así mesmo asistirán o Secretario e o Interventor da Deputación.”. Punto e pelota, este é o acordo. Bueno, pois o acordo xa parece ser que era que tamén acordamos pedir unha entrevista co Presidente da Xunta, tamén acordamos condicionar, tamén acordamos facer non sei canto. Non acordamos iso, non acordamos iso señores, acordamos isto, que se ía reunir con periodicidade, falso, e segundo que se ía a estudar a xestión, tampouco, non estudou ningunha. Entón están sempre xogando, e entón póñano por escrito, que o día seguinte xa non é, deixa de ser, inventan sobre a marcha e claro, onde hai papeis pois calan barbas. Ben, se realmente queren tomalo en serio hai unha comisión creada, estudemos nesa comisión cales son, que proposta fai esta Deputación, independentemente do Plan este de Infraestruturas ou non, saben que os plans de infraestruturas houbo non sei cantos e despois cumpríronse en todos eles a parte que lle cadrou, ou sexa, máis ben pouca, máis ben pouco, por desgraza. Entón, independentemente diso que entra neste plan, ben, que non entra, perso sosego, ponderación, saber onde vamos. Hai unha proposta clara de que queremos transferir tales, pois póñanse encima da mesa, estúdese na comisión, hai unha proposta clara de xestión ou transferencia de Príncipe Felipe, da Lanzada, estúdese, mírese e xa está. Que este momento non dá, bueno, pois está aí, está aí e temos e sabemos o que queremos facer con isto. Agora, evidentemente andando para adiante e para atrás, disolvendo unha comisión que ten que estudar todo, pero creando outra para estudar unha parte, despois tamén disolveremos esta se acaso, ou nos movemos ou o que sexa, o único que se traduce é non saber o que se quere facer e estar como pinchando, continuamente, non, non, agora, agora si me posiciono e fago non sei que. Bueno, isto non ten ningún recorrido, non ten absolutamente ningún recorrido, non ten ningún recorrido e á parte a seriedade con que o fixeron, díxeno ó principio, é que nin tan sequera se preocuparon de quen a firmaba. Non se sabe se é PortavozPresidente, ou Presidente do Partido Popular da provincia. Así, así, como comprenderá, non conte co noso apoio para este tipo de, en fin, de manobras. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, antes de cederlle a palabra a D. Emilio, porque creo que, para non divagar, eu lle pido seriedade, rigor e veracidade. Aquí hai un documento que forma parte da carpeta que di o seguinte: Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, adoptado na sesión ordinaria celebrada o día 16 de abril de 2008. Fóra da orde do día e logo da declaración por unanimidade da urxencia tratouse o seguinte asunto. Vale. Iso figura aquí e está firmado. Sr. Mosquera eu lle digo que é veraz. Primeiro tema, vostede dicía “o carrete do Sr. Figueroa”, sexamos serios, home, por favor, sexamos un pouco serios e non divague, vamos a ver, e á parte o discurso hai que centralo no que realmente é. Nunha foto recente, nunha foto recente o Presidente da Xunta de Galicia, catro Presidentes e o Conselleiro da Presidencia, catro Presidentes de Deputación e o Conselleiro da Presidencia, anúnciame, o Presidente da Xunta de Galicia ou nos anuncia ós catro, que van asumir estradas de titularidade provincial, me anuncia, vostede está falando, Sr. Crespo propóñame non sei que, me anuncia, e despois o mesmo día ou ó día seguinte nos medios de comunicación xa di que van asumir todas as estradas das deputacións que son un desastre. Vostede o viu coma min, supoño que o vería. Bueno, pois polo tanto sexamos serios e sexamos veraces, non lle estea pedindo ó Sr. Crespo que lle propoña un plan, porque o plan anunciárono eles e supoño que antes de asumir nada doutro haberá que falar primeiro con ese outro. Polo tanto, o que estamos a traer aquí Sr. Mosquera é precisamente falar antes de que tomen unha decisión de algo que non é competencia deles, que se supón que nós somos os propietarios desas vías e primeiro terán que falar con nós, e entón que non se equivoquen, é o que estamos aquí a falar Sr. Mosquera, polo tanto sexa veraz, non divague, centre evidentemente o debate sobre o tema en cuestión e non divague porque nós temos as ideas perfectamente claras, se quen firma ou non, a intencionalidade deste tema é buscar evidentemente a mellor coordinación para as vías provinciais que non é outra. E polo tanto como está anunciada a presentación dese plan famoso sen contar coas Deputacións, dicindo que van a asumir as estradas das Deputacións, queremos que se fale con nós antes para que lle quede perfectamente claro, ¿de acordo?, por iso lle quería poñer en antecedentes deste tema. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si. Sr. Presidente.- A ver se lle dan voz a ese micro porque dende aquí ... Son novas tecnoloxías. Nestes intres deixa de escoitarse a sesión por un fallo do equipo de gravación. Sr. González Iglesias.- Demasiada modernidade Sr. Presidente, xa ve en que acaba tanto discurso de modernidade que fan vostedes. Bueno, vamos a ver, é que, a verdade é que un empeza a asustarse do que oe aquí. Miren, e vou a remitirme ás actas, vou a remitirme ás actas. Dende hai anos este grupo, pero dende hai anos, plantexou aquí en diferentes ocasións, con ocasión creo recordar de todos os plans provinciais, con ocasión de todos os orzamentos, que se fixera un plan de estradas provincial por parte da Deputación e que nese plan se involucrara ós concellos e se lle plantexara á Xunta de Galicia, se lle puxera enriba da mesa para poder negociar a transferencia tanto dunhas estradas como a asunción doutras, tanto Deputación-Xunta, Xunta-Deputación como Deputación-Concellos, Concellos-Deputación. Ben, volvo a repetir, me remito ás actas, non estou inventando nada, non se me acaba de ocorrer agora, ano tras ano facendo este plantexamento, e ano tras ano o Partido Popular con maioría absoluta nesta casa, igual que agora, negouse sistematicamente, sistematicamente a facer este tema e ano tras ano o Partido Popular con maioría absoluta na Xunta de Galicia nin caso destes temas, absolutamente nin caso. E, ben, pois agora mesmo está facendo, elaborando un plan de infraestruturas, plan de infraestruturas que como ben dicía o Sr. Crespo porase encima da mesa cando estea rematado e á partir de aí tócalle o turno ás outras institucións para poder facer os plantexamentos que crean oportunos e defendelos con criterios técnicos “probablemente”, -digo probablemente entre comiñas-, porque sería o desexable, pero estou seguro que algúns non van a ir con ese criterio, pero bueno, volvo a repetir, con eses criterios técnicos para defender cada un a súa posición e tratar de chegar a un acordo. Ese sería un plantexamento normal e lóxico de actuación e o que anunciou o Sr. Crespo, o que anunciou que se está facendo dende a Xunta. O que pasa é que a vostedes non lle gusta, e non lle gusta non porque vostedes fixeran as cousas doutro xeito, non, é dicir, vostedes non as facían, literalmente era así, non as fixeron ata agora nunca, polo tanto nadie participaba no que non se facía, punto número 1. Non, non é por iso, é por outra razón que ademais eu creo que cada día que pasa e cada mes que pasa se mira máis graficamente, eu dixen dende hai meses aquí que o Sr. Louzán confunde a Presidencia da institución provincial da Deputación coa Presidencia do Partido Popular e está utilizando esta Deputación como un aliete contra o goberno de Galicia. E cada día que pasa e cada Pleno que pasa isto se ve máis claramente, é dicir, non coas mocións que presentan en Comisión, non coas que aparecen fóra da orde do día, senón que ademais, mire, levamos de Pleno, bueno, hora e media, e xa nos meteron dúas mocións máis, que xa lle anuncio agora, xa llo anuncio agora, ó mellor en media hora máis nos meten outra máis, pero xa llo anuncio agora, ou pasan por Comisión, porque non son ningunha cuestión de urxencia ou nos levantamos e nos ausentamos do Pleno, ou sexa, isto non é forma de funcionar, e isto pode darse por unha cuestión moi puntual e concreta, o que non pode darse é sistematicamente e nun Pleno, nunha frecuencia de media hora, con que aparezan dúas mocións máis. Isto é un absurdo, isto é un absurdo Sr. Presidente. E volvo a repetir, volvo a repetir que na teses de antes, é dicir, vostedes tratan de utilizar esta Deputación como ariete contra a Xunta, porque claro, un ten a dúbida de se o Sr. Louzán non confía na oposición que fai o Sr. Núñez Feijoo e está tratando de substituílo, probablemente sexa iso, probablemente sexa iso, porque senón dificilmente se entende estas formas de actuación, dificilmente se entende que se estea plantexando sentarse con outra administración cando se lle dá patadas nas espinillas sistematicamente Pleno tras Pleno e Pleno tras Pleno. E mire, falando dese tema, falando dese tema, un empeza a asustarse, porque claro, vostedes fan este plantexamento de cara á Xunta de Galicia, pero iso si, onte, antes de onte, hai quince días e hai un mes, anuncian en concellos actuacións da Deputación de xeito unilateral, sen contar co concello para nada, para nada en absoluto, en territorio do concello e en competencias claras dos concellos. E iso, iso é perfectamente válido. Pero para este tipo de cuestións non, para este tipo de cuestións o Sr. Louzán se permite advertir, advertir ó goberno de Galicia, home, o Sr. Louzán xa demostrou hai tempo que non ten en absoluto ningún respecto polas institucións de Galicia, xa o demostrou hai tempo, non é de agora, polo tanto é lóxico do seu plantexamento político que advirta e que faga tonterías dese tipo, é dicir, que pidan negociacións e que dean patadas nas espinillas. Ben, Sr. Louzán, sega por aí, nós nin compartimos este xeito de facer política nin por suposto vamos avalalo. Vamos a votar en contra disto que están plantexando e dende logo se seguen plantexando cuestións deste tipo, dificilmente, dificilmente se vai a poder chegar a acordos como os do punto anterior que si son importantes para toda a provincia, difícilmente, pero bueno, alá vostedes segan facendo o tipo de política na que creen. Nada máis. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Crespo. A ver se cha dá isto. Sr. Crespo Iglesias.- Si, ben, vou a procurar ser moi breve porque eu creo que está todo explicado. Dicirlle a D. Cesáreo Mosquera que nós non andamos coa cabeza moi acelerada, eu creo que aquí podíase aplicar o refrán ese que tantas veces utilizo eu, “díxolle o pote ó caldeiro sácate de aí que me ensucias”, eu creo que se alguén anda coa cabeza acelerada son vostedes, e como andan coa cabeza tan acelerada por iso nas Consellerías do seu ramo pois ás veces pois meten a pata como despois o demostra o propio bigoberno que o veremos nunha moción posterior, aínda que D. Emilio diga que se ausentará pero pódolle dicir a D. Emilio que é certo que nós presentamos unha moción de urxencia hoxe, pero previamente hai unha moción de urxencia do PSOE que presentou o Sr. Olmedo onte e que tamén vai antes que a nosa, e de feito falamos ó primeiro e polo tanto primeiro tratarase a do Sr. Olmedo e despois tratarase a nosa, polo tanto procuremos ser coherentes e dende logo cada un fala da feira segundo lle vai nela, e nós falamos da feira segundo nos vai nela. Temos que defender os nosos intereses e é lexítimo Sr. Mosquera, dá a sensación de que cando nós defendemos no que nós cremos que iso é unha tropelía, ¿que pasa?, que nós temos que estar de acordo con vostedes e entón somos bos rapaces, home, eu creo que as filosofías poden ser razoablemente distintas e cada grupo debe defender as súas e non lle ten que parecer mal a ninguén. Polo tanto que non lle sorprenda esta moción porque esta moción é unha moción sensata para un problema sensato que abrangue a unha parte importante desta Deputación, que son as vías provinciais. E logo sobre os aspectos técnicos que vostede pon enriba da mesa, da moción, mire, iso non é serio, é certo que aquí hai un erro que pon Presidente da Deputación e Portavoz do Grupo Provincial, home, o Presidente suponse que é Portavoz de todo, suponse, como na mili, cando vostede facía a mili, que eu fíxena, fun dos últimos en facela, e poñía, valor, se le supone, pois aquí tamén se lle supón, hai Portavoz, pero loxicamente se o Presidente quere exercer de Portavoz pode facelo. En todo caso non deixa de ser unha errata técnica obviamente. E logo fai fincapé para deslexitimar a moción que non se votou a urxencia. Mire D. Cesáreo, eu non son técnico e hai un Secretario, para dicir o contrario, pero a urxencia votouse na Comisión Informativa, ou sexa, foi por urxencia á Comisión Informativa, pero ó Pleno xa non vén por urxencia, polo tanto ó Pleno xa vén como normal, polo tanto ponos aí dous tras pés como se fóramos practicamente uns chapuceiros facendo mocións cando o Presidente é Portavoz de todo e cando a urxencia xa se votou na Comisión. E dito isto vamos a entrar en materia porque o problema non é a forma para min senón que é o fondo, e entrar en materia significa non marear máis o bicho senón vamos terminar non sabendo onde, o bicho vai terminar non sabendo onde ten o norte. Hai unha cousa clara e é que o Presidente entérase de que ese plan que se vai facer está practicamente en marcha e nós non nos enteramos por nadie e non vale o argumento que di D. Emilio de que antes se facía igual así, non o sei, pero aínda que fora así, que non o creo, pois, aínda que fora así, oiga, vostedes non son os do talante e os do diálogo, é que vostedes non son coma nós, entón ¿que pasa?, que nós non o podíamos facer e vostedes agora pódeno facer, ou sexa, vostedes fan o mesmo que nós, máis cargado de bombo, e encima nós somos os malos. Eu iso si que é algo que realmente non entendo. Esta moción é unha moción respectuosa, totalmente obxectiva, onde di, estase facendo un superplan de estradas galegas, máis do 50% das estradas son propiedade, “son titularidade das Deputacións”, escóitenos antes de que naza a criatura non fagan o fillo e despois nos digan a nós para que lle poñamos correctores, non, non, é mellor antes de que naza a criatura, que poidamos opinar, para que logo despois aínda que o poidamos enderezar mellor pois xa naza con mellor fortuna. Porque é certo Sr. Mosquera que nós queremos transferir vías provinciais, pero ollo, non as que lle dea a gana á Xunta, é dicir, nós non imos comer os osos e que a Xunta leve a carne, non, aquí imos fiti, fiti, levamos parte de carne e parte de oso, e se a Xunta fai un plan unilateralmente onde colle a carne e a nós nos deixa o oso, obviamente diremos que non. Iso, ¿como se solucionaría?, precisamente se hai vontade de diálogo pactando antes, se realmente hai vontade de querer facer as cousas pácteo antes, porque senón que vai obrigar, se sacan un plan que non nos convén a recorrelo xudicialmente, etc., etc., algo que non lle convén á democracia, pero vostedes que son os do talante debían darse conta de que antes de poñer, neste caso antes de sacar para fóra a criatura pois debíamos opinar porque somos ou pais ou nais da mesma. Polo tanto eu non me quero estender máis na mesma porque está suficientemente explicada. Non temos vontade, Sr. Mosquera, real de non transferir, temos vontade real de transferir, pero con condicións e sobre todo que nos escoiten, porque hai moitos anos que queremos transferir algunhas vías, pero loxicamente debemos opinar cales, a Xunta e máis nós. E logo por último dicir que esta moción que non debería ter maior problema para apoiala, entendo que politicamente non a queiran apoiar, pero non nos poñan tantas pegas. Sr. Mosquera dá a sensación de que aquí estamos nun réxime dadaísta, é dicir, eu digo Xan, e vostede Pedro e é igual, e eu falo das patacas e vostede das verzas e é exactamente igual. Mire, está perfectamente claro o que queremos, queremos opinar nun plan que afecta directamente á Xunta de Galicia nun caso concreto, que loxicamente ten que haber, pode haber, pode haber o que se queira para un conxunto de transferencias globais, etc., etc., pero mire, o que si é certo é que negociar esta Deputación ou calquera concello de Galicia coa actual Xunta é complicado, sobre todo, sobre todo cando toca a Consellerías que son dun pau ou doutro, porque ben ve, vostede aceptou negociar, o Presidente da Xunta, que en principio é quen ten a responsabilidade di que non, agora mesmo a Consellería de Política Territorial pois fai un plan e non conta coas Deputacións, e vostede sae na súa defensa, é dicir, a min paréceme estupendo, cada un que fale da misa segundo lle vai nela, pero o que hai que ser é coherentes, eu pido coherencia, e nós non somos perfectos na nosa execución de oposición na Xunta de Galicia, pero aquí somos goberno, e aquí non estamos falando, moitas veces vostedes equivócanse como se nós fóramos oposición á Xunta de Galicia, non, non, nós aquí somos goberno, oposición son vostedes, e nós pedimos como goberno que un goberno autonómico nos dea vela no enterro das vías provinciais porque temos máis da metade das que hai en Galicia e en concreto na de Pontevedra o 50,5% do total da rede. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. En fin, case me alegro de ter cometido o erro, suposto, porque o outro día na Comisión o que se quedou, bueno, entón vai ó Pleno, pero bueno, non mirei a acta, na acta figura así, pido desculpas, case me alegro porque parece que hai unha argumentación tan pobre que se agarran a un fallo, evidentemente somos humanos e os cometemos e demais, o resto non ten maior importancia. Vamos a ver, facer, embarullar e demais é unha táctica que vostedes usan con bastante soltura, ¿de que estamos falando?, non temos que defenderlle nada a ninguén, de feito hoxe á tarde vamos ir a unha manifestación que vai claramente en contra da Xunta, non se preocupe por iso, vostedes non, vostedes non, evidentemente, nós non temos que defenderlle nada a ninguén, todo o mundo é grandiño e polo tanto esa da obediencia de vida xa pasou un pouco á historia, pasou polo menos para nós que nunca a tivemos. Pero isto é coller o rábano polas follas, vai haber unha proposta de plan elaborado, non coñezo cal é, que vai facer unhas propostas, non sei se vostedes a coñecen, nós non a coñecemos, vai facer unhas propostas. Ben, esas propostas entrarán a debate e a discusión, é obvio, é obvio que si propón a transferencia ou que pasa a titularidade autonómica tal ou cual vial, será papel mollado se esta casa non quere transferilo. Por cuestión didáctica, verdade, eu creo que no anterior plan estaba unha estrada por A Cañiza, Pontevedra-A Cañiza, que non se vai facer. Nas directrices de Ordenación do Territorio sen consultar a ninguén pois nin máis nin menos que nos poñen que Pontevedra debe ser practicamente A Meca da industria química ou madeireira e sacrificar todos os obxectivos a iso, sen consultar a ninguén, evidentemente xa a levou e punto. Entón coller unha cuestión de forma, de quen elabora ou non non é o problema, o problema é que esta casa ¿que vías?, estaría disposto, quere propoñer transferir, independentemente do PITGAL ou non PITGAL e demais, todos sabemos que o estar esperando esta infraestrutura se presupón, son unha proposta de por onde ir, nunca teñen carácter regulamentario nin esixen, obrigan a nada parecido, a nada, nin nada parecido. Ben, dito isto entón non entendemos cal é o problema, esta casa sabe que viario, bueno, ou sexa, quere unha comisión, ¿para que?, senón sabe que viario quere transferir, pero queda claro que non vai a transferir ningún que non queiran, que non queiran as dúas partes, que non queiran as dúas partes. Entón, ¿cal é o problema?, a ver, cónteme cal é o problema. Esta casa sabe cal quere transferir, sabe cal é o can o oso, esas cousas que vostede di, non sabe, non sabe. Entón, se non sabe cal quere transferir, cal propón transferir dunha maneira rigurosa, ¿esa comisión para que?, ou sexa, que para que este plan que terá moitas alegacións e demais, se demore indefinidamente, exactamente ¿para que?, esa é a cuestión de fondo, senón sabemos exactamente que é o que queremos facer coas estradas provinciais partindo de que non vai pasar nada con ningunha, que non estea de acordo a Deputación e a Xunta, por moito que apareza no PITGAL ou onde queira, a ver ¿cal é o problema?, a ver, ¿cal é o problema?, máis que se houbo unha reunión o luns, unhas declaracións, e entón se me poñen, se me pintan nuns papeis que esta pode ser autonómica cando é, entón xa armo o lío, oiga, se pode pintar o que se queira, vostedes terán visto cantidade de veces en plans de infraestruturas cousas que non se fixeron nunca ou se fixeron totalmente distintas, nas directrices, por exemplo as directrices que sacou Núñez Feijoo no ano 2005, aparecía, non aparecía, aparecía a conexión pola Cañiza, cando xa se estaba falando da A-57, ¿e que pasou?, nada, nada de nada de nada, obviamente que non pasou nada, porque hai cousas, hai prelación, evidentemente un plan de infraestruturas é un desexo, o que se queira, que non ten capacidade de obrigar á Deputación nin á Xunta tan sequera a transferir ou destransferir. Entón ¿queren facer un proceso de transferencias que sexa serio?, hai unha comisión, non lle vale esa comisión, creen outra, pero é que aquí terá que haber algunha proposta clara, non, que é o que quixen dicir antes, parece que non o entenderon, entón é, simplemente dicir, non, non, téñannos en conta, pero ¿para que?, ¿que é o que queremos nós?, haberá que ter previamente unha proposta, que pode chegar a esa comisión previa que se coñeza o PITGAL ou en canto se coñeza dicir, non, a Deputación ten esta proposta, a que está aí moi ben, o equipo redactor propuxo iso pero nós propoñemos esta, pero con forza clara, definida e incluso pactada entre todos os grupos, e iso non o vai haber, iso non o vai haber, e entón dígolle que isto é marear a perdiz, é o que lle quero dicir, e creo que fun bastante claro antes, se quere, non sei se agora lle aclarei algo, porque é saír ó paso de que como vai haber unha proposta, e tamén pode haber unha proposta de que este Pazo Provincial se converta nun Museo de turismo, bueno, pois haberá, o tema é ter capacidades e plans para facer ..., nada que se lle pareza. Polo tanto que propoña, que propoña o que queira, pero ¿que queremos aquí?, ¿que queremos aquí?, con respecto ás vías provinciais, con respecto a outros centros, ¿que queremos?, iso é moito máis importante, vostede sábeo perfectamente, sabe de sobra que é moitisimo máis importante, entón isto é unha manobra de curto recorrido que non vai a ningún lado, como se a Xunta dixera, si, ala, facemos unha comisión técnica, non chega a acordo e sae o plan a exposición pública, e, ¿vai a determinar nada?, non, o que vai a determinar é exactamente que saiban vostedes o que queren, ou que saibamos o que queremos, iso é o que non está feito e parece que non queren facer, non quere facer. Ese é o problema, e o demais pois é andar dando voltas, dando voltas, sen ningún sentido igual que pasou coa outra comisión. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Sr. Crespo, mire, antes de nada, fai vostede na súa intervención unha referencia a que o Sr. Olmedo presenta unha moción, e efectivamente é certo, presenta unha moción que dúas horas antes de empezar o Pleno estaba no expediente, dúas horas antes, a diferenza é que aquí comeza o Pleno e despois de empezar o Pleno aparecen dúas mocións do Partido Popular, con frecuencias diferentes de media hora dunha á outra, non é un tema que xurdira hoxe, son temas de días atrás, polo tanto dígame onde está a urxencia máis que na forma de facer política que ultimamente hai nesta casa, que volvo a repetir é a que lle dixen antes. Mire, non sei se me entendeu e senón vólvollo a explicar. En ningún momento o acusei de facer o mesmo que o que nós facemos, de facer antes o mesmo que o que nós facemos agora, en ningún momento, o que lle dixen é, nós plantexámoslle por activa e por pasiva o encargo dun plan de infraestruturas, de vías provinciais, dende hai anos e diferentes Plenos e non o fixeron, non lle digo que fixeran o mesmo que fai a Xunta hoxe, non, non, o que nós lle plantexabamos que era unha negociación cos concellos e unha negociación aberta coa Xunta de Galicia dende hai anos, non o fixeron, non lle acusei de facer a Xunta todo o mesmo que facían vostedes antes, para nada, entendeume mal, ou quere entenderme mal, que normalmente é o que pasa coas intervencións do Sr. Crespo. Mire, dificilmente, dificilmente un pode actuar do xeito que actúan vostedes e pedirlle ós demais que actúen doutro xeito. E póñolle un exemplo concreto, que apareceu na prensa estes días na zona sur da provincia, anuncia a Deputación Provincial a construción dun centro cultural ou social nun punto determinado, nun barrio determinado da cidade de Vigo, e o anuncia a Deputación, competencias da Deputación neses temas cero, ningunha, ningunha, e resulta, resulta, que o goberno municipal de Vigo estáballe demandando outras obras, e curiosamente vostedes que acusan de que a Xunta non lles contesta, vostedes non contestan. ¿Que pasa?, que cando o fan vostedes está ben feito e cando llo fan a vostedes está mal. Home, un ten que ser consecuente na súa forma de actuar para demandar o mesmo dos demais, cunha particularidade, as competencias en todas estas cuestións son dos concellos, e a Deputación está para axudar ós concellos alí onde economicamente non poden, non hai competencias da Deputación claras nestes temas, si as hai da Xunta, pero da Deputación neses temas como que a referencia que lle fixen antes, non as hai, e sen embargo vostedes tratan de saltarse a diferentes concellos, ós gobernos municipais dos concellos e actuar vostedes como queiran. É curioso a diferenza que teñen de entender a política, é curiosísimo, cando llo aplican a vostedes está mal e cando o aplican vostedes é o correcto. Mire, volvo a repetir, vamos a votar en contra e repítolle, na comparación que facía non é certo, é dicir, a moción do Grupo Socialista dúas horas antes estaba no expediente, as mocións do Partido Popular unha vez iniciado o Pleno van chegando con contagotas, e iso é o que non vamos a admitir Sr. Crespo, nada máis. Sr. Presidente.- D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, dende logo senón se quere ouvir é escusado poder dicilo máis alto, aínda que ás veces estes cacharros non funcionan axeitadamente pois dificilmente podemos chegar a un entendemento. Dicía o Sr. Mosquera que a nós que nos gustaba embarullar. Home, se embarullar é manifestar o noso parecer nun caso concreto, se embarullar é instar a institucións que teñen a máxima responsabilidade, no caso das estradas, como é este caso, e que nos afecta directamente á Deputación, se embarullar é en definitiva defender os intereses desta casa, entón si embarullamos, pero é que entón a palabra barullo non ten o mesmo significado para vostede que para min. Eu creo que a comisión que pedimos Sr. Mosquera non é para nada raro, falamos dunha comisión técnica, non política, esa comisión técnica, se a nós nos convocan esa comisión técnica dariámoslle orde ós nosos técnicos de que levaran unha proposta por parte da Deputación de Pontevedra do que tecnicamente sería factible, de acordo con criterios totalmente obxectivos e totalmente técnicos, falemos de poboación, falemos de fluxos de tráfico, etc., debían de ser autonómicas e cales debían ser provinciais, e ó mellor algunha autonómica pode pasar a ser provincial e algunha provincial tería que pasar a ser autonómica. Polo tanto vamos a ver, é que eu non entendo como a vostedes lles causa tanto resquemor esta moción cando se realmente o que pedimos nela é que un plan que afecta ó 50% das vías provinciais, poidamos estar nel, na súa elaboración, non é nada raro, e vostedes cabréanse todos connosco como se fora unha cousa doutro mundo, pero se é perfectamente normal, nós temos que defender os intereses desta casa, e se o 50% das vías desta provincia son provinciais, temos que ter voz e voto, temos que ter vela nese enterro, e vostedes empéñanse en desfiguralo con outras explicacións que non veñen para nada ó caso. Mire, non podemos falar das churras e das merinas ó mesmo tempo, ou estamos na misa ou estamos repinicando, nas dúas cousas dificilmente damos estado, subido no campanario e máis escoitando a misa, é moi difícil, así que hai que escoller unha ou outra. Nós con respecto á Xunta de Galicia tócanos defender os intereses desta casa e intentamos defendelos por aí, non estamos pedindo, non lle queremos meter un dedo nun ollo á Xunta de Galicia, non porque senón faríamos unha moción totalmente distinta, dicindo que se nos pisotea, que se nos ningunea, etc., etc., e non dicimos iso, dicimos, ese plan parécenos ben, pero gustaríanos opinar antes de que naza a criatura, nada máis, é o único que lle estamos dicindo, non lle estamos dicindo nin que é un mal plan, que pasan de nós, que é certo tamén, non, non, estámoslle dicindo que realmente queremos opinar, opinar, e vostedes que son os do diálogo creo que non tiña porque parecerlles tan mal este tipo de mocións. E Sr. González, mire, as mocións que van fóra da orde do día ningunha está en ningún expediente, simplemente que unha presentouse antes, de acordo, unha presentouse onte, e nós presentámola hoxe, entón non é que non estea nun expediente, unha moción que vén fóra da orde do día realmente non hai expediente, está fóra da orde do día. Mire, as mocións nos Plenos ordinarios, as que veñen por urxencia, as que veñen despois da Comisión Informativa xa son mocións de urxencia e dá igual que se presenten ó día seguinte da Comisión Informativa que que se presente a véspera, que se presente o propio día, ou incluso é máis, as mocións pódense presentar “in voce”, e non pasa nada e é perfectamente lexítimo, sequera sen ter un papel, e dígolle unha cousa, nós senón presentamos esa moción antes na Comisión Informativa é porque non a tiñamos sinxelamente rematada, pero mire, quen abriu a caixa dos tronos na urxencia diso foi precisamente o Partido Socialista que é o que lle toca rexer a FEGAMP nestes momentos. Quen abriu a caixa dos tronos foi o Presidente da FEGAMP que non é do meu partido e que dixo que a Consellería de Vivenda que pisoteaba os dereitos dos concellos, pero como esa é fariña doutro costal que falaremos na moción que vén a continuación, oiga, un pouco de sensatez, vostede escoite os razoamentos da urxencia, que eu llos darei, senón é urxente para vostede faga o que queira, pero polo menos escoite os razoamentos da urxencia, nós vamos a escoitar os da do Sr. Olmedo e non pasa nada, e non pasa nada, eu creo que a democracia é iso, e incluso non teño nin porque presentala, podo facela “in voce” e dicirlle ó Presidente, teño unha moción e preséntoa “in voce” e é perfectamente normal, e digo exactamente o mesmo, que é unha pena, puidémola presentar “in voce” e xa non había ningún tipo de problema. En todo caso, non hai que rasgarse as vestiduras, estamos falando dun plan que vai facer a Xunta de Galicia, que é certo que se leva moitos anos, e aí doulle a razón, lévase moitos anos para intentar facer un plan dese tipo, pero por favor, se agora vai nacer, que vexa a luz, co maior dos posibles, digamos de opinións de todos os estamentos implicados. Nada máis. E creo que está suficientemente debatido e ímolo a votar. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, moi brevemente, apartado a), ¿alguén se cre que se recolla ou non se recolla aí vai a cambiar a situación?, non, apartado b), nós estaríamos dispostos a votarlle a favor si, o seguinte: cambie o texto e diga, “esta Deputación vai a enviar á Xunta á parte da petición de comisión unha proposta concreta de transferencias de viais entre a Deputación e a Cotop, por un lado e por outro, pero ter algo aquí feito. Ben, iso xa é outra cousa, entón a comisión tería sentido, o que estabamos falando antes, iso sería outra cousa, é dicir, non, abro unha comisión, senón sabemos nin en que estadío está, se cadra resulta que dentro de quince días xa o presentan e hai que cambiar todo, se cadra resulta que non, que hai un ano, eu non o sei, cando fagan unha proposta concreta quere dicir que xa está elaborada, bueno, pois se está elaborada dicir, mire, se lle dá tempo incorpore isto e se non lle dá tempo témolo para cando veña a exposición, vámolo a plantexar, porque o outro eu non lle vexo ningunha virtualidade, non lle vemos virtualidade. Sr. Presidente.- Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Eu creo que está claro, D. Cesáreo, para min non ten ningún tipo de dúbida, nós podemos levar unha proposta clara, ah, perdón, ah, perdón, quiteille a voz a D. Emilio, que creo ten razón. Sr. González Iglesias.- Home, me perdoa, pero creo que me tocaba. Mire, Sr. Crespo, para que lle quede claro, porque ó mellor pensa que é por outra cuestión. Sobre a moción que presentan, petición de derrogación das normas do hábitat, este grupo si se quedara ía a votarlle en contra, dígoo para que lle quede claro, á súa moción ía votarlle en contra, para que lle quede claro, para que non dea lugar despois a que faga outras interpretacións diferentes e demais historias. Ocorre, ocorre Sr. Crespo que dirá vostede o que queira dicir, eu lle digo, mire, a moción do Sr. Olmedo dúas horas antes de empezar o Pleno, ás nove da mañá estaba no expediente do Pleno, as mocións que presenta o Sr. Crespo, e non me deixa mentir nadie neste tema, estaban aí, no expediente do Pleno, estaban naquela mesa concretamente. As mocións que presenta o Partido Popular ningunha é, ningunha é un tema que xurdira nin onte nin hoxe, é dicir, tiveron tempo para presentalas, e para presentalas pois iso, dúas horas antes do Pleno ou tres, ou o día anterior, ou nas comisións concretamente, as dúas que presentan, non xurdiron estes temas onte, ningún deles, e non o fan así. Non o fan así simplemente porque lles gusta actuar así, nada máis, nada máis, é por fastidiar, é por fastidiar, nada máis, isto é a fórmula de funcionamento que teñen vostedes, nin máis nin menos. E mire, para rematar, volvo a repetir, votámoslle en contra, se nos quedaramos nesa iámoslle votar en contra tamén. Pero mire, para rematar con este tema, é tremendo, é tremendo que estean plantexando cuestións para negociar coa Xunta, con temas de vías provinciais e que dende hai anos, anos e anos, foran incapaces de sentar ós concellos, á Xunta e vostedes mesmos, de sentarse, para facer ese plan de vías provinciais, non foron capaces, dende hai anos, pero bueno, quen como vostede recoñeceu na última intervención que un plan deste tipo entrañaba tantas dificultades, que por iso nunca o fixeron cando gobernaron na Xunta de Galicia con maioría absoluta, pois mire, dificilmente quen recoñece iso ten capacidade para criticarlle algo que si están facendo os demais, volvo a repetir, despois de recoñecer que foron incapaces de facelo. Nada máis. Sr. Presidente.- Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- D. Emilio, as cousas algún día teñen que ter feitura e vostedes levan tres anos na Xunta, creo que lles dou tempo de sobra de facelo, primeiro, porque xa había bastante documentación alí, polo tanto non nos vote a culpa a nós, é dicir, é que sempre estamos no mesmo, é dicir, nós seremos responsables dos males de Galicia mentres vivamos, é dicir, vostedes non, é que vostedes teñen patente de corso, é increíble, pero vamos a ver, eu creo que políticamente lle podemos arrimar a ascua á nosa sardiña e cada un ó noso grupo, é lexítimo, pero tamén hai que ser un pouco coherentes e eu creo que non é tanto despois de tres anos, se queren sacar un plan, e nos enteramos pola prensa que vai saír un plan, senón non nos houberamos nin enterado, nos enteramos pola prensa, bueno, perdón, enterámonos pola prensa e porque o Presidente díxollo o outro día ó Presidente da Deputación que ía sacar o plan, pero pola prensa xa saíra, antes da reunión co Presidente xa saíra iso tamén pola prensa, que estaban preparando o plan de transportes, polo tanto, está perfectamente claro. Eu creo que este tema, eu creo que este tema que o temos sobradamente mallado e falaremos despois das outras mocións. Pero D. Emilio se eu podo presentar unha moción “in voce” como Deputado, pois que máis dá que a presente media hora antes do Pleno, no propio Pleno, ou sequera xa no apartado antes de Rogos e Preguntas. É perfectamente normal, pero se é o mesmo, di vostede o don da oportunidade, mire, nós non lle queremos meter un dedo nun ollo á Xunta, xa llo dixen antes, pero é que os concellos si se cercena a súa autonomía, polo menos é o que di a FEGAMP e o seu Presidente, que se cercena a autonomía dos concellos, e a Deputación, mentres nadie diga outra cousa é administración local. Polo tanto non é nada do outro viernes, vostede debe escoitar as razóns da urxencia e se considera que non é urxente podemos falar, que vostede considera que non é urxente, moi ben, dígame o por que e eu considero o por que, e logo pois faremos unha votación, pero polo menos eu creo que escoitar a urxencia é o mínimo que debe facer, independentemente de que faga o que lle dea a gana, que está no seu dereito, pero mire, nós fomos respectuosos con vostedes porque antes de falar deste tema nós habíamos decidido meter na orde do día a moción do Sr. Olmedo, polo tanto, por que nós non podemos pedir a nosa, que máis dá que teña dúas horas máis de vida, que máis dá, pero se é igual, se eu podo facer unha “in voce” non tiña nin sequera un segundo de vida. Polo tanto, se queren, cambiámolas, se o Presidente autoriza e non, esa non se presenta e dáme a min a palabra e fágoa “in voce”, é exactamente igual, é exactamente igual. E mire, é urxente, e sabe por que é urxente, é urxente porque dentro dun mes que é cando se volve a producir aquí un Pleno ordinario, ó mellor as negociacións que están levando a cabo a FEGAMP e a Consellería pois xa se acabaron. Bueno, pois nós queremos contribuír a que as negociacións da FEGAMP, e a Deputación está incluída dentro da FEGAMP, as negociacións da FEGAMP coa Consellería sexan o máis produtivas posibles e que o Presidente da FEGAMP teña argumentos como acordos plenarios de concellos e de Deputacións, etc., etc., polo tanto non é unha cousa que poida esperar, esa é a razón da urxencia, eu creo que como realmente o que parece que doe é a outra moción, pois vamos a votar esta o antes posible, creo que está todo dito, non hai peor entendemento que o que non queira entender nin queira dar unha man ó diálogo e despois votarlle a culpa ós demais, que iso si que o fai o PSOE estupendamente, fan vostedes a alloada e despois aínda nos votan a culpa a nós, a verdade é que niso son mestres e a verdade é que aínda hai quen lles compra este produto, bueno, seremos malos vendendo, creo que é un hándicap da dereita e do centro dereita, que facemos cousas, xestionamos estupendamente pero non vendemos un carallo, é certo. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias Sr. Crespo. Eu só dous comentarios por dúas alusións, neste caso Sr. Mosquera, dicía que esta tarde que vai a estar na manifestación, é que eu sei que vostedes son capaces, vamos, a maior incoherencia é factible no seu grupo político, de estar nun goberno e ó mesmo tempo estar nunha manifestación en contra dese goberno, ou sexa, aquilo, co pobo pero sen o pobo, ou sexa, son capaces diso. Nós creo que nos poñemos un pouco colorados e por iso ás veces vostedes dirán, non, vostedes non son capaces, é evidente que non somos capaces, vostedes teñen cara para iso, e é certo, teñen cara para formar parte do goberno e facer unha manifestación para ir en contra dese goberno no que vostedes forman parte, iso non é capaz calquera, para iso hai que ter matricula de honor e vostedes a teñen para iso, iso é ben certo. Porque sorber e soplar ó mesmo tempo é complicado Sr. Mosquera, se atraganta case seguro. Pero xa digo, vostedes niso a verdade é que son uns alumnos avantaxados en facer ese tipo de manobras. Pero ademais eu quixera dicir unhas palabras que vostede ben di ás veces, pero non será mellor antes de poñer en marcha, de presentar un plan, falar co propietario afectado, antes de poñer en marcha algo como vostede ben di e ben recorda aquí ás veces, non será mellor falar con el primeiro, porque para que vou a presentar un plan se despois ó mellor probablemente non estea de acordo, e polo menos, home, primeiro saber se vai a estar de acordo ou non, senón está de acordo, bueno, pois ó mellor preséntoo igual, pero primeiro se falará con el, falamos con el, vemos que pensa e a partir de aí, bueno, pois elaboramos ou rematamos o plan, pero non é así, o diálogo, o talante non existe neste caso. E no caso de D. Emilio González en relación á, é unha cuestión que xa vin que non foi demasiado contundente porque non ten argumentos, claro está, en relación ó tema de Vigo. D. Emilio González, a diferenza nosa en relación coa Xunta de Galicia ¿sabe cal é?, ou en relación neste caso co concello de Vigo, ¿sabe cal é?, que eu me entrevistei co alcalde de Vigo a petición miña, eu lévolle pedindo unha entrevista ó Presidente da Xunta tres anos e non ma concedeu. Ó alcalde de Vigo me dirixín eu e lle dixen, estabamos facendo un repaso das actuacións que temos en marcha en Vigo, aínda hoxe, e me gustaría saber cales ten en marcha o concello de Vigo, que probablemente non sexa ningunha, ten máis neste momento a Deputación das que ten o concello de Vigo. Nós contestamos, eu contesto por suposto ó alcalde de Vigo, eu á Xunta, en relación con este caso concreto, podo dicirlle que eu á Xunta de Galicia, primeiro, nin me escoita; segundo, se eu lle propoño unha inversión probablemente non ma faga, é que primeiro xa non me escoita, pero o importante é que fixera unha inversión ou que propuxera unha alternativa, pero non a propón, eu en Vigo propoño alternativas, propoño alternativas, o alcalde de Vigo propón, e eu tamén propoño alternativas porque quen inviste é a Deputación, eu ogallá fixera así a Xunta de Galicia, pero nin iso fai. Entón nós falamos co alcalde de Vigo, Socialista el, falamos. O Presidente da Xunta non fala coa Deputación de Pontevedra, non recibe e polo tanto non fala coa Deputación de Pontevedra despois de tres anos, en Vigo creo que van dez meses de goberno ou algo así, do actual goberno bipartito. Vostede lle dicía antes ademais ó Sr. Figueroa, se mal non recordo, é que claro a súa incoherencia é tal, de que vostedes foron incapaces en tres anos en Vigo de aprobar o presuposto, pois si, non tiñamos a maioría, vostedes si a teñen, aparentemente, na realidade probablemente non sexa así, aparentemente teñen esa maioría. E polo tanto agora tamén teño que dicirlle que teñen presuposto e teñen uns remanentes que por certo lle deixou o goberno de Partido Popular, tremendamente importantes. D. Cesáreo Mosquera me parece que quere falar tamén de Pontevedra, eu é unha alusión directa Sr. Mosquera en relación, que fixo o Sr. González a un tema de Vigo. Polo tanto as formas sonche ben distintas, ben distintas, e neste caso o Partido Popular ten as ideas claras en relación a esa materia concretamente de Vigo e nós propoñemos alternativas, e queremos evidentemente seguir facendo as inversións que a sociedade de Vigo demanda e pide, e non se trata de ter neste caso pois competencias ou non, senón que se trata de actuar naquilo que os cidadáns nos demandan e que polo tanto consideran de maneira esencial prioritario. Iso xa lle digo que era en alusión a estes dous comentarios pero agora debemos votar neste sentido a moción. ¿Quere intervir?. Bueno, é que vostede a fixo. Primeiro o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, moi brevemente, creo que con respecto a Ence hai unha postura moi clara, moi definida por parte desta forza política e polo tanto, o que é sorprendente é que vostedes que a defenderon aférrimamente, despois din que están por outro lado, agora parece que non están por outro lado, iso si que é bastante sorprendente, aí, precisamente aí, pillarnos en falta de coherencia non o vai a facer. E en segundo lugar, eu quería facer un rogo público, extensivo e demais, non sei a quen, como dirixilo, eu creo que o Sr. Touriño debía chegar, darlle catro abrazos ó Sr. Presidente, vén, o do abrazo, sobre todo pola nosa saúde de espalda mental de non aguantar este coñazo aquí todos os Plenos, o rollo este, non sei como se pode transmitir, pero de verdade, de verdade, é insufrible, é insufrible, non sei, vinte abrazos, o que faga falta, unha viaxe non sei que, un pisito coma o de Vigo, ... o que faga falta, caramba, veña. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, eu xa lle dixen que lle poñía a alfombra roja, que non fai falta que me reciba, que veña el aquí, que é a provincia ademais onde el naceu, en Pontevedra, pois que veña el aquí, que non hai ningún problema, pero vostede, Sr. Mosquera, non se dá conta que eu pois a algúns alcaldes de distinto signo político me din, non, é que tardaches tres meses en recibirme ou catro, pero aquí recibimos a todo o mundo, polo tanto ¿cal é a diferenza?, e el sen embargo leva tres anos e non recibe a nadie. Neste caso ó Presidente da Deputación de Pontevedra. Polo tanto é unha realidade, as realidades ás veces doen aínda que sexa unha inxustiza, unha falta de respecto, unha falta de consideración e en definitiva unha falta de todo. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, mire, Sr. Presidente, hai cousas que son a verdade difíciles de dixerir neste Pleno e nas fórmulas de actuación que teñen vostedes. Cada grupo ten un portavoz, excepto o Partido Popular que ten dous, o Sr. Crespo e lle corrixe ou incrementa a intervención o Sr. Louzán. E isto é algo sistemático, supoño que a alusión que fixen, eu coñecía perfectamente ó Sr. Crespo, o que pasa, que bueno, non lle convenceu a vostede e quería entrar vostede no tema. Mire, eu non teño inconveniente en seguir entrando nesa cuestión. Vamos a ver, Sr. Louzán, por un principio de autonomía municipal, que é algo que vostede me parece que non mirou nin polo forro, nunca, -cando acabe sigo intervindo Sr. Louzán-. Sr. Presidente.- Estou escoitando. Sr. González Iglesias.- Pois mire, polo que lle dicía antes, por un principio dunha cousa que se chama autonomía municipal, que vostede non coñece, está claro que non, mire, o goberno municipal de Vigo pediulle unha serie de obras, por escrito. O Sr. Louzán non lle contesta ás obras que lle pide e lle contesta cunha obra diferente á que lle pide o goberno municipal de Vigo. Claro, a diferenza está en que as competencias que ten a Deputación con respecto ós concellos son complementarias dos concellos, que non é o caso do goberno de Galicia, ten as súas competencias propias, non son complementarias dos concellos nin das deputacións. Esa é a grande diferenza, cousa que vostede aínda non entende, aínda non entendeu hoxe ese tema. Polo tanto, polo tanto, se a Deputación quere facer unha intervención económica en calquera concello ten que contar con ese concello antes, e loxicamente ten que contar coa aprobación do goberno dese concello. Pero non, resulta que o Sr. Louzán entende que isto é o estado provincial do Partido Popular e quere entrar a saco nos concellos e facer o que queira el ou o que queira a oposición nese concello, que na oposición está por certo por algo, por certo está por algo, pois será porque non suma o número de concelleiros suficientes como para formar goberno, tan sinxelo como iso. Home, se quere entrar en temas máis concretos, máis concretos, cando fala dos temas de Vigo eu calo e fala a miña compañeira Dona Isaura e entón lle vai máis pormenorizada a intervención, bastante máis. Polo tanto, é dicir, eu creo que está claro cal é a diferenza, entre entender a autonomía municipal como tal e entender unha intervención como a que quere facer o Sr. Louzán pasando por riba dos gobernos municipais, diferenza, volvo a repetir importante. Mire, por certo, dicía vostede que non tiña vergonza ou non sei que e tal, por facer a alusión que fixen ó Sr. Figueroa. Mire. Sr. Presidente.- Non, eu non dixen iso. Sr. González Iglesias.- Mire, fixen dúas alusións, unha, que en Vigo en tres anos non fixeron o orzamento e entón dificilmente se pode dicir que os demais en tres meses non o fan. Está inhabilitado porque non foi capaz de aprobalo en tres anos, non pode dicir iso. E dixen outra cousa máis, dixen a única vez que na democracia gobernou o Partido Popular en Redondela, por certo, por certo, tiña a maioría despois de comprar a dúas personaxes, llo digo con toda a claridade do mundo e así de claro, tiña maioría con iso, pois foron incapaces de aprobar un orzamento en tres anos. Pero claro, falando de congruencias, un, hoxe, pon a radio pola mañá e se entera que o Partido Popular vota en contra da moción de Mondragón, por Dios, mire, vamos a ser serios todos, Sr. Louzán sácoo aquí o mesmo que sacan vostedes, levan todo o Pleno sacando o que queren sacar, e claro, se estamos falando de consecuencia, pois consecuencia, mire a consecuencia, que quere que lle diga, pouco a pouco. E volvo a repetir Sr. Louzán, mire, isto non é nin o Estado da Deputación de Pontevedra nin vostede é o emperador da provincia e non pode entrar nos concellos como quere entrar a saco. E calquera relación institucional cos concellos ou coa Xunta pasa por ser unha relación institucional e non pasa, llo dixen antes, por darlle patadas nas espinillas a ninguén, cousa que vostede, desgraciadamente é moi aficionado. Nada máis. Vamos a votar en contra, e volvo a repetir Sr. Crespo o de antes, é dicir, se vostedes insisten en, porque cando un ten maioría absoluta, cando ten todo nas mans, non ser capaz, non ser capaz de presentar as mocións polo menos antes de que empece o Pleno como facemos os demais, e que unha vez comezado o Pleno cada media hora se nos estea enviando unha, home, isto non é serio, e por certo cando os Plenos sistematicamente empezan dez minutos ou un cuarto de hora tarde, cando as comisións empezan dez minutos ou un cuarto de hora tarde, falaba da comisión anterior convocada para as dez e media, empezou ás once menos cuarto, home, hai que ser serios, xa sei que teñen maioría, xa sei que teñen maioría, pero seriedade nestas cuestións pouca e puntualidade ningunha. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Ten que axustar un pouco máis o tino porque se equivoca. O Partido Popular en Vigo aprobou un presuposto, un, gobernando en minoría, gobernando en minoría, e non aprobou dous máis porque vostedes socialistas e nacionalistas evidentemente intentaron boicotear que a acción do goberno en Vigo, neste caso do goberno municipal, non fose adiante, de aí que se produciron setenta ou oitenta millóns de euros de remanentes porque non se puideron investir e os cidadáns de Vigo se viron privados de que se puideran investir en Vigo o que era de xustiza que se investira, e vostedes son os únicos responsables de que iso non se fixera. Si é ben certo que agora se poñen de acordo e é evidente porque pois hai que unirse, neste caso a coalición de perdedores teñen que unirse para formar goberno e facer os seus cambalaches. Polo tanto atine ben porque xa lle digo que neste caso o Partido Popular aprobou un presuposto e despois vostedes impediron evidentemente, a pesar de que Vigo demandaba, Vigo necesitaba, pero primeiro están os intereses de partido e despois están os intereses dos veciños como case sempre. E iso de vostede de entrar a saco nos concellos, iso será ... Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán, ¿vostede está actuando de Portavoz, de Presidente do Partido Popular ou de que?, ¿ou de que?. Sr. Presidente.- Eu estou actuando ... Sr. González Iglesias.- ¿Ou de que? nesta historia, que xa está ben. Sr. Presidente.- Sr. González, Sr. González, Sr. González, sei que non lle gusta o que lle estou dicindo ... Sr. González Iglesias.- Non, non, pero aclare, aclare se actúa de Portavoz do Grupo, de Portavoz do Partido Popular, que non aclarou ata agora. Sr. Presidente.- Sr. González, o que lle estou dicindo, é a verdade, Sr. González, é a verdade ... Sr. González Iglesias.- Pero lle pregunto ¿en calidade de que?, ¿pero en calidade de que intervén Sr. Louzán?. Sr. Presidente.- Mire, Sr. González, vostede interveu e agora está intervindo o Presidente desta institución. Sr. González Iglesias.- Pero lle pregunto ¿en calidade de que?, porque vostedes dobran en turnos, Sr. Louzán dobran en turnos a calquera grupo e iso non é así, iso non se reflexa en ningún sitio do Regulamento. Sr. Presidente.- Pero, ... Sr. González, que vostede me fale de dobrar en turnos a calquera, pero se nós temos en Vigo ou en calquera outro sitio o dobre de concelleiros que teñen vostedes e sen embargo deixámoslle intervir en igualdade de condicións. Sr. González Iglesias.- Non, Sr. Louzán, en calquera sitio non, home, en calquera sitio non. Lle digo que aquí. Sr. Presidente.- ¿Pero que exemplo me quere dar vostede a min?, ¿pero que exemplo me quere dar vostede a min?. Por favor. ¿Pero que exemplo me quere dar vostede a min?. Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán, hai un Regulamento, hai un Regulamento e vostede ten que aplicalo e non o aplica nunca, sistematicamente ademais. Sr. Presidente.- Sr. González, Sr. González. Sr. González Iglesias.- Léase o Regulamento, léase o Regulamento Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Sr. González, vostede intervén. Sr. González Iglesias.- O Sr. Crespo que presenta unha moción fixo todas as intervencións, vostede fixo unha segundo parece por alusións, e agora sigue intervindo en calidade ¿de que?, pregunto. Sr. Presidente.- Sr. González, o Presidente da institución é quen lle fala, por favor, sexa respectuoso Sr. González, sexa respectuoso, vostede lle din o turno de palabra cando quixo e sen ningún tipo de problema, terminou de falar ... Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán, volvo a repetir, interveu antes por alusións e agora ¿en calidade de que?, de alusións, de portavoz do grupo, de Presidente do Partido Popular ¿ou de que?. Sr. Presidente.- Agora está intervindo o Presidente da Institución Provincial que se chama Rafael Louzán ... Sr. González Iglesias.- Pero si, mire, ¿en calidade de que intervén?. Sr. Presidente.- Sr. González, Sr. González, sexa minimamente respectuoso, sexa minimamente respectuoso ... Sr. González Iglesias.- Lea o Regulamento Sr. Louzán, lea o Regulamento a ver que di. Sr. Presidente.- Sexa respectuoso. Sr. González Iglesias.- Pero lea o Regulamento, lea o Regulamento, aprobouse por unanimidade fai uns anos nesta casa, por unanimidade. Sr. Presidente.- Sr. González lle estaba dicindo que entrar a saco, que entrar a saco ... Sr. González Iglesias.- Lea, lea o Regulamento. Sr. Presidente.- Sexa respectuoso, sexa minimamente respectuoso Sr. González, está intervindo o Presidente da Deputación, sexa respectuoso ... Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán lea o Regulamento, pero non podo intervir, léao, léao, pero lea o Regulamento. Sr. Presidente.- Sr. González, vostede, Sr. González sexa respectuoso. Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán lea o Regulamento. ¿En calidade de que pode intervir despois de facer todas as intervencións?. Sr. Presidente.- Sr. González. Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán lea o Regulamento, por Dios. Sr. Presidente.- ¿Quere ser respectuoso ou non o vai a ser?. Sr. González Iglesias.- ¿Quere ler o Regulamento Sr. Louzán?. É que está aprobado por unanimidade e aprobouse para algo. Sr. Presidente.- ¿Vostede que vén?, en tono provocador ou quere respectar, ¿quere ser respectuoso?, ¿quere provocar?. Sr. González Iglesias.- Non, home non. Sr. Presidente.- Se quere provocar ... Sr. González Iglesias.- Non, home non, Sr. Louzán, lle dixen antes que provocar provocan vostedes cando convocan para as dez e empezan as comisións ás once menos cuarto, cando sistematicamente empezan todas as comisións e plenos tarde, provoca vostede Sr. Louzán e agora volvo a repetir, lea o Regulamento. Sr. Presidente.- Sr. González, non vou a ler ... Sr. González Iglesias.- Desgraciadamente senón coñece o que ten que aplicar pois así nos vai, desgraciadamente así nos vai. Sr. Presidente.- Mire, é evidente ... Sr. González Iglesias.- Siga por ese camiño que así nos vai. Sr. Presidente.- É evidente e lle aviso xa para que o teña en consideración e que despois non veña ese compañeiro que vostede ten aí ó lado pedindo evidentemente que dalgunha maneira respecto, xa llo advirto, é evidente, ata agora fun contemplativo coa petición de palabra, con todos os turnos, con todo iso, vostede evidentemente acaba de romper ese consenso que había, polo tanto despois non veña a pedir, non veña a pedir, ... Sr. González Iglesias.- E que vostede interveña cando queira, iso non é consenso, non, o consenso ¿cal é?, que vostede interveña cando queira, iso non é consenso, non, non. Sr. Presidente.- E que vostede o que está intentando é provocarme para iso ... Sr. González Iglesias.- Non, non. Sr. Presidente.- E vaino a conseguir para que eu dalgunha maneira pois decida cando van a intervir e cando non ... Sr. González Iglesias.- Non, non, Sr. Louzán, Sr. Louzán, hai un Regulamento e ten que aplicalo e vostede non pode intervir cando queira. Sr. Presidente.- Xa llo advirto, xa llo advirto, ¿de acordo?, eu ata agora fun sempre ... Sr. González Iglesias.- ¿Pero o que me advirte Sr. Louzán?, ¿pero que me advirte?, ¿Sr. Louzán, que me advirte?, que non vai aplicar o Regulamento. Sr. Presidente.- Eu xa llo advirto. ... Sr. González Iglesias.- ¿Me advirte iso, que non vai aplicar o Regulamento?, ¿advírteme diso?, dígao, se me advirte diso, dígao. Sr. Presidente.- Sr. González. ... Sr. González Iglesias.- ¿Vai a aplicar o Regulamento si ou non?. Sr. Presidente.- Sr. González, sexa respectuoso, porque teña en consideración que despois evidentemente se ... Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán, Sr. Louzán, ... Sr. Presidente.- Non van a corresponder, non lle van a corresponder Sr. González. Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán, Sr. Louzán, vamos a ver, se vostede ten un Regulamento e ten que aplicalo eu o único que lle digo é que o aplique, e senón o coñece, que parece ser que non, que o lea, que o lea, fixeron vostedes como grupo todas as intervencións, vostede utilizou unha intervención máis, non sei a santo de que, en función dunhas hipotéticas alusións, que por certo, eu non fixen ningunha alusión persoal antes desta intervención ó Sr. Louzán, polo tanto se non hai alusión persoal, en función de que, vostede interviña. E continúa facendo máis intervencións, e entón lle digo, mire, ou se le o Regulamento e o aplica ou senón a baraxa non é igual para todo o mundo. E este é o tema, vostede utiliza unha baraxa para vostedes e queren que nós xoguemos con outra e isto non é así. Sr. Presidente.- Sr. González, lle estaba dicindo que está intervindo o Presidente da Deputación que poderá intervir, que para iso é o Presidente desta Institución, que non é vostede ... Sr. González Iglesias.- Léase o Regulamento, léase o Regulamento. Sr. Presidente.- Eu non teño que ler ningún Regulamento, lle estou dicindo que está intervindo o Presidente da ... Sr. González Iglesias.- Léase o Regulamento, léase o Regulamento. Sr. Presidente.- Sr. González, lle estaba dicindo que entrar a saco sábeo perfectamente quen está entrando a saco nos concellos, na autonomía municipal, se chama Consorcio de Servizos Sociais, Consorcio que vostedes en certa maneira forman parte dese goberno co Bloque Nacionalista Galego. Eses son os que entran a saco, están entrando a saco nos concellos, é evidente que teñen poucos concellos e polo tanto a súa pretensión é precisamente cada día poder contar con máis, esa é a realidade, iso se chama entrar a saco, iso si que se chama entrar a saco, e dos cales vostedes conforman tamén ese tema. Pero xa digo, vostede provocou e despois vai a encontrarse iso, que despois Juan, o Sr. Muradas, reclama sempre, non, oe, un respecto, ata agora todo o mundo puido intervir nesta casa, puido intervir, e neste caso o Presidente da Deputación que son eu, que non é o Partido Socialista, é o Presidente do Partido Popular fóra de aquí e aquí o Presidente desta Institución, pois dalgunha maneira interveño porque son o Presidente desta Institución, comprende, e non hai ningún tipo de Regulamento máis, ... Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, léase o Regulamento, non é así. Sr. Presidente.- ¿De acordo Sr. González?. Sr. González Iglesias.- Vostede, non, intervén cando quere, non é así, non é así Sr. Louzán, non é así. Sr. Presidente.- Bueno, pois polo tanto, despois non se atope con aquilo de ... Sr. González Iglesias.- Non é así, Sr. Louzán, que non é así, que vostede non intervén cando quere. Sr. Presidente.- ... este tema está perfectamente rematado e despois xa veremos cando chegue o momento, despois non, é que necesitamos intervir, non toma parte o Presidente e dirá cando intervén e cando non, ¿de acordo?, e entón así xa o faremos moito mellor e será como vostede pediu hoxe, vostede pediu ese Regulamento pois vostede vai a ter o Regulamento que vostede acaba de pedir. ¿De acordo?. Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán, eu sempre intervín aténdome ó Regulamento, cousa que vostede non fai nunca, nunca. Sr. Presidente.- Así terminaremos moito antes, probablemente, e ese consenso, ese diálogo que vostedes predican e queren que se fale, pois vaise a atopar coa orma do seu propio zapato, a orma do seu propio zapato é a que vostede vai a ter, precisamente en base ó seu comportamento vai a ter xusto a orma do zapato, e despois tamén virán pedindo, non é que o Sr. Muradas reclama, non, o que nos corresponde. Sr. Muradas Ramos.- A mi déjame en paz. Sr. Presidente.- Bueno, xa, pero é que ti eres, polo tanto xa a vamos aplicar, vamos a aplicala. Sr. Muradas Ramos.- ¿Quieres quitarme al ruedo a mi?. Sr. Presidente.- Non hai alusións. Procedemos á votación. Non, pero procedemos á votación, non hai ningún rogo, é que cando ti pides a palabra ... e xa está, e xa está, ese é o consenso que busca o Sr. González, ese é o consenso. Bueno, pois ese é o consenso que busca o Sr. González e así terá a orma do zapato que pediu. Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán, Sr. Louzán, non siga ameazando, non siga ameazando, que los tiempos de que nos metiese miedo se acabaron Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Procedemos á votación precisamente deste punto, pero xa lle advirto. Moción neste caso, punto 7, Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre posibles transferencias de estradas provinciais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre posibles transferencias de estradas provinciais. Dita Moción é como segue: “O Grupo Provincial do Partido Popular de Galicia (PPdeG) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción relativa ás infraestruturas viarias na provincia e a posible transferencia á Xunta dalgunha delas. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- Por distintas comunicacións e informacións da propia Xunta de Galicia, esta Deputación ten coñecemento de que o goberno galego está a tramitar e presentar o Plan Integral de Transportes de Galicia (PITGAL) que pretende realizar unha redistribución da rede viaria e conseguintes transferencias de estradas entre as Deputacións galegas e a Xunta de Galicia. 2.- Dos 17.191 quilómetros de estradas que, en Galicia, son de titularidade do Goberno Central, da Xunta de Galicia e das Deputacións Provinciais, 9.884 quilómetros –máis do 57% da rede- son competencia das catro deputacións galegas. 3.- No caso da provincia de Pontevedra, a rede de estradas de titularidade das tres Administracións anteditas acada unha lonxitude de preto de 3.500 quilómetros. E, en concreto, dos 3.491 quilómetros totais, 1.765 -é dicir, máis do 50,5%- son de competencia da Deputación de Pontevedra. 4.- A distribución da titularidade das estradas galegas e provinciais non sufriu ningunha variación dende a transferencia das competencias de estradas, agás as modificacións de titularidade realizadas como consecuencia de actuacións concretas, como sucedeu na estrada Porráns-Cuntis. Noutros casos, como na vía A Estrada-Codeseda, a actuación da Xunta non supuxo ningún cambio de titularidade pois esta segue a ser da Deputación de Pontevedra. Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopten os seguintes ACORDOS: 1.- Tendo en conta que o PITGAL pretende plantexar unha redistribución da rede viaria, instar á Xunta de Galicia a que, con carácter previo á presentación e tramitación do devandito Plan, estude, nunha Mesa Técnica coas deputacións e a FEGAMP, as posibles transferencias de estradas entre as deputacións e a Xunta.” 8.5683.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA SOBRE APOIO Ó IES A SANGRIÑA DE A GUARDA NA ORGANIZACIÓN DO “II CERTAME DE POESÍA XELA ARIAS” Sr. Presidente.- Punto número 8 da orde do día. Moción do Grupo Provincial Socialista sobre apoio ó IES A Sangriña de A Guarda na organización do “II Certame de Poesía Xela Arias”. Ten a palabra D. José Antonio Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- ... Lémola enteira ou prefire ler os acordos simplemente. Sr. Presidente.- Si, a proposta de acordo, porque a coñecemos. Sr. Olmedo Granja.- Este é un certame de poesía, se celebra no IES A Sangriña, é a segunda edición, para o cal pedimos apoio da Institución Provincial e os acordos son: primeiro, apoiar economicamente ó Instituto de Ensino Secundario A Sangriña na organización do II Certame de Poesía Xela Arias; o segundo punto, é o compromiso da Deputación Provincial de Pontevedra para a edición da selección de poesías participantes e gañadoras nese certame. O terceiro punto, sería o compromiso da Deputación Provincial de Pontevedra de editar o número suficiente de exemplares que permita a súa distribución en centros de ensino e bibliotecas públicas da provincia de Pontevedra. E o cuarto a remisión desta iniciativa ás Consellerías de Educación e Cultura por se estiveran interesados en distribuír esta publicación entre os centros de ensino e a rede de bibliotecas públicas de Galicia. Eu se me permiten pois dado o alcance desta iniciativa abriría a posibilidade de que fora pois implementada polos demais grupos que a presentamos aquí na Corporación Provincial. Sr. Mosquera Lorenzo.- Igual que na Comisión total e absoluto apoio. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. Durán Hermida. Sr. Durán Hermida.- Si, gracias Sr. Presidente, bos días. Efectivamente esta é unha moción que xa foi levada, que se levou á Comisión Informativa de Cultura, na que na mesma dende o Grupo Provincial do Partido Popular, quen lles fala, amosou o que entendíamos que eran unha serie de cuestións que non facían posible o que se establece na parte dispositiva. Quero dicir, quero engadir que nos parece unha iniciativa absolutamente loable, nos parece unha iniciativa que na súa parte introdutoria pois reflicte unha serie de cuestións dende o punto de vista da figura que dá nome ó premio, nos parece unha iniciativa moi boa dende o punto de vista tamén dos destinatarios, estudantes dese instituto de A Guarda, pero evidentemente, como dixemos no seu momento e vamos a reiterar aquí, non é posible por unha cuestión de índole legal, regulamentario, apoiar ese aspecto do apoio económico ó citado e devandito instituto de ensino secundario, A Sangriña. Respecto a outra das cuestións que se manifestan aí que é a posibilidade, no texto se fala de compromiso, pero a posibilidade digo eu de que se poida editar no seu momento por parte do Servizo de Publicacións desta casa, evidentemente lles podo comentar a nosa disposición a facelo, co matiz evidentemente de que poida entrar no que son a planificación de traballos e nas propostas correspondentes que fai o propio servizo. E despois, xa a cuestión de debater ou de editar ou de distribuír os exemplares, pois evidentemente vostedes saben que os proxectos, as editoriais do servizo de publicacións se reparten por todos os centros ou están en disposición de repartirse. Dito o cal este Grupo evidentemente con ese matiz que lles falo respecto ó papel que podía desenvolver o Servizo de Publicacións si, pero o resto das cuestións temos que evidentemente rexeitalas e manter por suposto o voto que xa fixemos na Comisión Informativa. E remato para non facer máis ampla esta intervención do xeito seguinte, de que á vista de todo o que acabo de falar, da importancia do premio, eu estou seguro que tanto o goberno municipal de A Guarda que é un goberno do Partido Socialista, canto a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia do BNG, e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, do PSOE neste caso, estou seguro ante unha petición similar, que me imaxino que xa estará feita, pois de xeito afirmativo puideran colaborar, pois senón está feita Sr. Olmedo, me parece lóxico que o goberno municipal de A Guarda e as dúas Consellerías, ámbalas dúas con relación directa, unha por Cultura e a outra por Educación, evidentemente pola titularidade do centro docente poidan estar e poidan estar apoiando este Certame que por outra parte nos parece absolutamente respectable e que dende logo pon de manifesto unha sensibilidade por parte da xente que o pon en marcha e incluso pola súa banda tamén á hora de traer isto aquí. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Si, simplemente unha pequena aclaración, é dicir, o Certame non está destinado simplemente ós alumnos do IES de A Guarda senón que está destinado coma na súa primeira edición, a toda a provincia de Pontevedra. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moi brevemente, vamos a ver, se quere, se o Partido Popular non quere aceptala pois na acepta e punto, agora ben, contarnos aquí unhas supostas trabas legais porque nas subvencións de Cultura non están para institutos, ¡eh!, bueno, pero que resulta que tampouco están para asociacións culturais ou asociacións de veciños, e resulta que no orzamento hai como nominativas unhas moi específicas, entón iso sabe perfectamente que o resolve nun plis-plas, na modificación que meteu antes podía meter subvención nominativa a maiores, pumba, e problema resolto, que sabe perfectamente que problema resolto, agora, non queren, non queren. Iso non é ningún problema, as cantidades son ridículas, ou sexa, sería uns centos de euros demais, bueno, pois non queren e non queren e punto, agora escoitar, non pensaba intervir, pero escoitar esa intervención é que me chirría, en fin, todos sabemos o que hai nos orzamentos e o que hai como subvencións nominativas, o que son as bases, o que entra con bases e demais, sabe perfectamente que é falso, entón nada máis. Sr. Presidente.- D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, Sr. Presidente, gracias. Evidentemente ó Sr. Mosquera, voceiro do BNG, vaille a marcha, é evidente que lle vai a marcha, e entón parece ser que o debate desta moción fixo que baixara o tono marchoso dos puntos anteriores e hai que recuperalo. A coletilla, non pensaba intervir, é a coletilla que emprega sempre o Sr. Mosquera á hora de xustificar estas irrupcións que hai para bueno, pois levar a auga ó seu muiño. Mire, se quere vostede, se quere vostede que empecemos a falar da política cultural da Xunta de Galicia, da política de subvencións da Xunta de Galicia, etc., etc., empezamos a falalo, se vostede quere iso non ten máis que dicilo, non ten máis que dicilo. Porque evidentemente o tono da moción, o tono que emprega habitualmente o Deputado Olmedo en todas as súas comparecencias foi o mesmo que se empregou dende este Deputado á hora de contestar. Agora, se vostede quere tamén en iso que volvamos ó tono de hai uns intres pois só ten que dicilo Sr. Mosquera. Evidentemente ás veces hai cuestións nominativas que se introducen en función a unha serie de avaliacións a priori das mesmas, agora se vostede quere que vaiamos a ese camiño podemos seguir perfectamente, é un tema que deixo nas súas mans, máis nada. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Procedemos polo tanto á votación do punto número 8 da orde do día. ¿Votos en contra?. Partido Popular. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Sr. Muradas. Adiante. Sr. Muradas Ramos.- No, es que relacionado con esta moción quería preguntar porque no se trajo otra que se presentó en la Comisión y que se votó y que corregía esa supuesta deficiencia legal que alega el Sr. Durán. Se transformaba la moción, en vez de acordar la subvención pues firmar un convenio y eso lo arreglaba todo, arreglaba las dudas que pueda haber en la publicación, plazos, etc., entonces esa moción fue votada, fue tramitada, pero no fue traída a Pleno, no se por qué, nos vendría muy bien aquí, ahora, acto seguido. Sr. Presidente.- Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Sr. Muradas, efectivamente na Comisión Informativa el amplio e doto coñecemento do coñecer do Regulamento, plantexou unha moción “in voce”, onde facía efectivamente esa apreciación, moción que foi tamén desestimada. Evidentemente supoño que se poderá debater aquí aquela moción e volvemos a entrar no tema. Cambiaba efectivamente o texto de apoio económico pola realización dun convenio. Iso foi o que plantexaba o señor ... Sr. Presidente.- Polo tanto se quere que votemos esta proposta que fixo vostede “in voce” na Comisión tamén. Sr. Muradas Ramos.- No, no, no, es una moción que está dictaminada en Comisión, habrá que incluirla en el orden del día y votarlas en Pleno igual que la otra. Sr. Presidente.- Si, si, bueno, pues votamos. Sr. Muradas Ramos.- Votar la inclusión en el orden del día y todas esas cosas. Sr. Presidente.- Pero esa fíxoa vostede “in voce”, o seu partido presentou una moción, vostede “in voce” alí mesmo engadiu o que correspondeu pola súa parte, correspondía pola súa parte. Sr. Muradas Ramos.- No, en comisión como Diputado presenté una moción “in voce” que fue discutida, fue dictaminada, y que tendrá que venir en el orden del día del Pleno igual que con la escrita, es exactamente lo mismo. Sr. Presidente.- O que aquí se está votando Sr. Muradas é precisamente o ditame que se extrae da propia Comisión, e o que se extrae da propia Comisión é isto que figura aquí, incluído a Moción do Sr. Olmedo máis o ditame que houbo na Comisión e polo tanto estamos votando evidentemente isto, eu enténdoo e así mo ratifica o Sr. Secretario. Sr. Muradas Ramos.- El Sr. Secretario no se lo que estará diciendo pero ... Sr. Presidente.- Si quere volvémolo a votar, ó final vamos a intentar ser operativos, se quere que sexamos operativos. Sr. Muradas Ramos.- Hay dos mociones, una escrita y otra verbal. Sr. Presidente.- Votámola se quere. Sr. Muradas Ramos.- Una escrita y otra verbal, y otra verbal, y otra verbal, lo que acaba de decir su compañero, en que modificaba la escrita diciendo que si daba una subvención ... la ley, pues firmar un convenio, traducir esa propuesta en la firma de un convenio. Sr. Presidente.- O Partido Popular, neste caso o Grupo do Partido Popular sendo coñecedor da súa proposta, neste caso, que se inclúe no ditame da Comisión vota e votou evidentemente como vostedes, supoño que serán coñecedores do que alí propuxeron, votamos neste caso o ditame que se extrae da Comisión, que contempla precisamente iso que vostede di. Sr. Muradas Ramos.- Sr. Louzán, las Comisiones no tienen dictámenes, tienen actas, los dictámenes los tienen cada uno de los acuerdos que se tratan en Comisión. Sr. Presidente.- Pois corríxalle ó Secretario, aquí pon ditame. Sr. Muradas Ramos.- El Sr. Secretario puede decir lo que quiera, yo digo que una Comisión Informativa o una Comisión cualquiera. Sr. Presidente.- Bueno, pois diga vostede o que queira, corrixa vostede ó Secretario. Sr. Muradas Ramos.- Hombre, tiene un dictamen, cada asunto tiene un dictamen y la Comisión en si misma tiene un acta. Ahí tiene que haber dos dictámenes, uno de una moción escrita y otro de una moción oral. Sr. Presidente.- Sr. Muradas, aquí só hai un ditame que é este e polo tanto é o que procede. Sr. Muradas Ramos.- No, vengo, simplemente al Sr. Durán que es el Presidente le consta la idea, y eso sabe que es así y sabe que fue votada la urgencia y la moción oral, si quieren traerla a Pleno la traen y sino la quieren traer, seguimos con la ... Sr. Presidente.- O ditame está aí, non, non, iso está aí e así consta. Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Gracias Sr. Presidente. Eu non vou a ser tan osado coma o Sr. Muradas, eu dende logo acepto o que diga o Sr. Secretario e dende ese punto de vista estamos facendo, porque dá a sensación que tamén este punto, Sr. Muradas, dígollo, Sr. Muradas, dígollo con todo o respecto e consideración tamén neste punto queremos, queremos entre todos, bueno, pois revolver un pouquiño as augas deste Pleno, se se vota o ditame, se vota o ditame. Dende o seu grupo na pasada lexislatura en diversas ocasións se expresou a idea de que aquí se votaban ditames, non se votaban mocións, dende o seu grupo na pasada lexislatura, non recordo o Deputado, que inclusive, si, si, iso se manifestou, agora digo, que se o que interesa e o digo con toda a tranquilidade e sen ánimo de molestar, é seguir nesa liña eu empezo a pensar que vostedes o que non queren, e xa antes na intervención do Voceiro do Grupo Socialista, vostedes o que non queren é que se debata algunha moción que hai por aí, vostedes non queren, me dá esa sensación, e dígollo con todo o respecto, me parece que o que está pasando hoxe aquí por parte deses escanos é unha cousa que se chama algo así como “filibusterismo parlamentario”, me dá a sensación, me dá a sensación. Eu o que lles pediría como Deputado e como membro desta Corporación, que reconducíramos o debate e que dende logo se puideran debater todos os asuntos que están previstos, aquí ten habido plenos ata moitísimas horas e evidentemente está na apreciación da Corporación Provincial os temas que son de interese e os temas ós que lle hai que dedicar tempo. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Procedemos ... Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- No parece que tenga mucha intención de que sea con todo el respeto su intervención y la abre diciendo que no es tan osado como yo. Sr. Presidente.- Habería que preguntarlle iso ... Sr. Muradas Ramos.- Sr. Secretario, expliquémelo a mi, no se lo sople al oído al Presidente. O sea, ahí hay un acta, hay un acta de una Comisión Informativa, donde se votó dos veces, dos veces, dos mociones, una escrita y otra oral, ¿es cierto o no?. Sr. Secretario.- Bueno, yo no entiendo que sea una moción la suya, yo creo que ... Sr. Muradas Ramos.- No, no, no es lo que usted entienda, usted no estaba de Secretario de la Comisión. Sr. Secretario.- Por eso, por eso, yo ... Sr. Muradas Ramos.- Yo lo expresé allí claramente, claramente, fui acusado de experto en Reglamento o algo así incluso por el Presidente de la Comisión, en que decía que transformaba la moción anterior con la modificación, la transformaba en oral con la modificación de que se firmase un convenio, justamente para intentar derribar el argumento de que eso no se podía aprobar porque era ilegal, y con esa modificación de transformarlo en convenio quedaba solucionada la cuestión. Y eso fue lo que se votó, se votó la urgencia y se votó la moción, y lea, porque tiene que haber el resultado de una votación. Sr. Secretario.- Si, aquí hay un dictamen, el resultado de la votación viene y también viene lo que usted dijo, lo que usted dijo es una modificación, una adición a la moción y por eso se votó al final todo. Sr. Muradas Ramos.- No, no, no. Sr. Secretario.- Yo no entiendo que haya dos mociones aquí Sr. Diputado. Sr. Muradas Ramos.- No fue así, no fue así, no fue así. Sr. Presidente.- Bueno, exactamente, como está votado ... Sr. Muradas Ramos.- En cualquier caso en el punto anterior yo creo que habría que repetir la votación porque a mi me da empate. Mi ojo de buen cubero casi me da un empate, y eso que no ... Sr. Presidente.- Non, non, eu creo que non Sr. Muradas, xa o preguntou algún compañeiro seu, por favor cerciorense ben do que pasa, é que claro despois queren que sexamos respectuosos cando vostedes non o son e polo tanto a ver se poñemos o respecto en igualdade de condicións para todos. Vale, pois exactamente, exactamente, o que nós non facemos non llo pidamos para os demais. Vamos. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cultura o Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeGPSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial Socialista sobre apoio ó IES A Sangriña de A Guarda na organización do “II Certame de Poesía Xela Arias”. 9.5684.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- En Comunicaciones tenemos los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 24 de marzo y el 21 de abril y luego también tenemos cuatro acuses de recibo del Ministerio de la Presidencia en relación el primero con la moción del servicio de correos, en relación con la moción sobre los nuevos cánones digitales, también en relación con la violencia y discriminación contra las mujeres y también en relación con la conmemoración del día internacional de la mujer. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 24 de marzo e 21 de abril do ano 2008 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De acuses de recibo da División de Recursos e Dereito de Petición pertencente á Secretaría Xeral Técnica do Ministerio da Presidencia, con números de Rexistro de entrada 12676, 12677 e 12795, de 2 de abril de 2008, de certificacións de acordos do Pleno desta Excma. Deputación Provincial de data 29 de febreiro de 2008, en relación con traslado de acordos de distintas Mocións. C) De escrito da Delegada Especial do Goberno contra a Violencia sobre a Muller pertencente á Secretaría Xeral de Políticas de Igualdade do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, con número de Rexistro de entrada 16691 de 23 de abril, acusando recibo de certificación de acordo do Pleno de 29 de febreiro de 2008, en relación coa conmemoración do Día Internacional da Muller. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, adoptouse o seguinte acordo: Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. Sr. Secretario.- Hay tres mociones. Sr. Presidente.- Neste caso a primeira é a presentada por D. José Antonio Olmedo, do Partido Socialista, que ten a palabra. Sr. Olmedo Granja.- Sr. Presidente vou a retirar a moción da orde do día e a vou a presentar na próxima Comisión porque vou a facer un distingo entre urxencia e oportunidade, eu creo que non hai absolutamente ningún problema para pasar á Comisión do vindeiro mes. Gracias. Sr. Presidente.- Pois, como a súa así o propón porque parece ser que así llo pediu o seu compañeiro de grupo, que retirara a súa para que non debateramos a seguinte, nós lle quero adiantar que a seguinte si a vamos a debater. Eu sei que foi unha estratexia do Portavoz do Partido Socialista porque escócelle o tema, por se hai división entre o Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego, pois quérolle dicir xa, adiantar que neste caso a do Partido Popular, que a petición neste caso, que pide a derrogación do decreto das normas do hábitat si se vai a debater. 10.5685.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR RELATIVA Á PETICIÓN DE DERROGACIÓN DO DECRETO DAS NORMAS DO HÁBITAT Sr. Presidente.- Polo tanto, ten a palabra o Sr. Crespo. Non, pero as alusións á súa persoa quen as ditamino son eu, vostede, eu vou aplicar o Regulamento, agora vou aplicar o Regulamento, agora vou aplicar o Regulamento. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Esta moción ó Pleno, daranlla despois, se é por alusións pódenlla dar despois de min porque eu creo que, vamos a ver, eu creo que queren converter este Pleno nunha gaiteirada, e mire, eu non estou disposto, négome a debater do sexo dos ángeles, mire, o Concilio Vaticano II perdeu moito tempo, e máis sesudos teólogos, determinando se os anxos eran machos, femias ou neonucos, e non chegaron a ningunha conclusión, déixeme falar, despois tócalle a vostede e fala o que queira por alusións, pero vostede non ten porque pisarme a miña intervención, non, síntoo moito, parece que hoxe teñen, parece que se levantaron máis revolucionados da conta, toca, estou no uso da palabra e o Presidente é quen determina se me dá a min a palabra ou a vostede, determínao el, é o que di o Regulamento, o Presidente determina. Nestes intres escóitanse voces pero non se entenden para ser transcritas. Sr. Presidente.- Sr. González, o Presidente lle dará, non eu sei que a vostede lle escoce e quere levantarse porque non quere debater este tema, sei que lle escoce este tema, pero polo tanto terá que esperar, o turno de palabra o dá o Presidente. Sr. Crespo Iglesias.- Déixao intervir. Sr. Presidente.- Non, non, eu sei que lle escoce o tema pero vostede terá o turno de palabra cando lle toque, neste momento ten o turno da palabra o Sr. Crespo e despois terá o turno da súa palabra. Non lle deixo intervir, sei que quere levantarse porque non quere debater, porque lle escoce o tema, ten medo a que lle provoque unha división no seno do seu grupo Sr. González. Adiante. Sr. Crespo Iglesias.- Sr. Presidente, é por alusións, é por alusións, se queren buscar unha desculpa peregrina. Sr. Presidente.- Non, queren buscar desculpa. Sr. González cédelle o turno da palabra o Sr. Crespo. Pode intervir. Cédelle a palabra o Sr. Crespo. Pode intervir. Sr. Crespo Iglesias.- Si, veña, que interveña, que non vamos aquí, por favor. Aquí é que vótanse os coellos ás escopetas. Sr. González Iglesias.- Mire, Sr. Presidente, é de bastante mal gusto facer intervencións como as que fixo vostede dicindo que era unha estratexia miña o solicitar ... Sr. Presidente.- Non fale de gusto, non fale de gusto, no día de hoxe, do que leva provocado esta mañá. Por favor. Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán, ou me deixa intervir ou non me deixa intervir, porque se me dá o turno de palabra para intervir por alusións e despois me interrompe, ¿que quere que lle diga?. Sr. Presidente.- Pero ¿cantas veces interrompeu vostede este Pleno esta mañá Sr. González?. Non ten memoria, non ten memoria Sr. González. Sr. González Iglesias.- Non, Pleno non, interrompino a vostede, Sr. Louzán, interrompino a vostede, e non se preocupe, pode interromperme as veces que queira que vou a seguir dicindo o que ía a dicir, non me pasa como a vostede. Sr. Presidente.- Pois diga. Sr. González Iglesias.- Mire, Sr. Louzán é de bastante mal gusto facer interpretacións como as que fixo vostede dicindo que eu nunha estratexia de non sei que lle pedira ó meu compañeiro que retirara a moción e que tal. Mire, de bastante mal gusto, porque ademais hai unha cuestión que é certa e é que na maior parte das mocións que non son de extrema urxencia como poden ser outras, este é un plantexamento bastante lóxico e bastante normal, que pasen por Comisión e punto. E volvo a repetir, coa grande diferenza Sr. Louzán de que a moción do Sr. Olmedo dúas horas antes de empezar o Pleno estaba no expediente do Pleno e as mocións que vostedes presentan foron pasándonolas a medida que comezou o Pleno, e iso, e iso, Sr. Louzán en quen ten maioría absoluta e todos os medios para facelo, chámase doutro xeito. De todas formas mire, para que lles quede claro porque xa o dixen antes, na moción que tanto interese teñen vostedes non ía haber lle aseguro que ningunha diverxencia nin ningunha historia e dixen claramente que íamos votar en contra da moción se participáramos na votación, cousa que non vamos a facer, porque se insisten en seguir tratándoa hoxe nos levantamos e nos vamos. Agora se o fan llo digo con toda a claridade do mundo, se o deixan para outra Comisión e para outro Pleno iamos a votar en contra. Así de claro. Ou sexa, non hai medo a discutir ningún e a posición está absolutamente clara. Sr. Presidente.- Sr. Crespo, ten a palabra. Despois. Habería que facer o que di o Sr. González, isto é o que pasa, se aplicamos o que di o Sr. González pois vostede non podería intervir, pero, como vamos a aplicar o sentido común, pois ten a palabra Dona María Méndez. Sr. Crespo Iglesias.- Dálle a palabra Presidente. Eu quedo para despois, é igual, non hai problema, facede o que queirades. Sr. Presidente.- É que este é o sentido común non é o que o Sr. González di, evidentemente. Adiante. Sra. Méndez Piñeiro.- Xa está. Bueno eu, visto como se desenvolveron as circunstancias, os compañeiros e compañeiras de Vigo tamén coñecen este tipo de intervencións e témolas tido todos e é un pouco para pedir sensatez, eu creo que estamos dando un poco de imaxe, o digo dende a perspectiva de muller neste caso, que creo que temos unha perspectiva diferente en moitos aspectos, e eu pediría un pouquiño de sensatez, un pouquiño de sensibilidade, a cidadanía nos elixe e estamos aquí postos pola cidadanía para debater realmente o que importa, esta moción ou calquera outra, e eu o que quería facer é unha chamada á sensatez porque estamos dando unha mala imaxe e xa de por si os políticos e políticas ás veces temos mala imaxe e creo que non vai contra ninguén isto, só pediría un pouquiño de sensatez e que a partir de agora nas dúas mocións que veñen pois nos limitásemos precisamente a debater as mocións e non a facer este tipo de intervencións. E outra cuestión, tamén desde a perspectiva de muller, seguro que as miñas compañeiras dos dous grupos políticos seguro que o apoian, creo que estamos poñendo moita testosterona, a ver se poñemos un pouquiño máis de estróxenos e hipoproxesterona que son as que temos as mulleres. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias pola intervención. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bueno, vistos os casos, vamos poñer o que sexa da nosa parte para non acabar isto como o rosario da Aurora, ¿sabedes como acababa o rosario da Aurora?, pois creo que non temos intención ninguén. Nós temos aquí unha moción de urxencia que me toca defender a min e outra que non me toca defender a min. Con respecto á miña eu o que quero dicir é que se é urxente e é urxente, porque nestes momentos as normas do hábitat galego entran en vigor o día 1 se mal non recordo, dentro dun par de días ou tres, o Decreto entraría en vigor creo que agora en maio, non, creo que o día 1, non estou seguro, pero é igual, de maneira inmediata. Entón o que si é certo, vamos razoar a urxencia, se vostede non quere escoitar nin a urxencia, se despois entende que non é urxente váianse, pero se entende que é urxente, eu voulle a explicar por que pode ser urxente. Moi ben. Alá vostedes. Nestes momentos retíranse da sesión os membros do Grupo Provincial Socialista. Sr. Crespo Iglesias.- Se iso é democracia para vostedes que veña Deus e o vexa. Ben, dicía que as normas do hábitat que aprobou o Consello da Xunta o día 17 de xaneiro, a proposta da Consellería de Vivenda e Solo, veñen de entrar en vigor o 17 de abril, é dicir, que xa entraron en vigor. Nadie dubida de que a devandita normativa substitúe ó Decreto de habitabilidade que había no ano 92, o que si é certo é que nós non estamos en contra de que as normas sexan para mellorar, ó contrario, a nós parécenos que o problema é a inoportunidade das mesmas, que as vivendas teñan máis luz, que teñan máis calidade para os veciños é o de menos, é o máis importante, o que é o de menos é o momento no que se produce, porque é o momento de crise aínda que a algún lle guste disfrazalo con outros cualificativos, pero realmente é un momento de crise. Motivo da urxencia. O motivo da urxencia é que a FEGAMP nestes momentos está negociando coa Consellería de Vivenda e Solo a posible modificación do Decreto. E moito me temo que o mes que vén, no Pleno que vén, non poida utilizar a FEGAMP como argumento o que poidamos quitar deste debate. Polo tanto, ese é o motivo da urxencia, porque supoñemos que na semana que vén, polo que escoitei nos medios de comunicación si se vai a poñer unha reunión de traballo e si se vai a traballar en serio para modificar algún aspecto do Decreto que vulneran a legalidade, por certo non advertida polos concellos de Galicia senón polo Consello Consultivo. Polo tanto é un tema competencial, é un tema de legalidade e loxicamente tamén é un tema de oportunidade, ese é o motivo da urxencia, eu diría votar a urxencia e despois debatémola, porque senón hai urxencia pois. ¿Votamos a urxencia entón?. Sr. Presidente.- ¿Estamos de acordo?. ¿Votamos a urxencia entón?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Debatemos a moción. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, a Xunta de Galicia leva tres anos facendo que as súas propostas, as poucas que saen ás veces, que saian con moito bombo e nesto hai que dicir que a Consellería de Vivenda é unha das especialistas, chamábanlle antes, cando había unha peza que había que glorificala para un día concreto, eu fun dos últimos que me tocou facer a mili e chamábanse a retreta floreada ou a salve floreada. E o que fai a Consellería de Vivenda é coller algúns Decretos, que quedan moi ben para a opinión pública e para o mundo mediático e florealos. Entón parece que antes diso pois que había, que era un caos e de aí que veu a organización. Ben, nadie pon en dúbida de que o Decreto da mellora de calidade do hábitat a filosofía é correcta, nós estamos de acordo con ela, que as vivendas teñan máis calidade, nadie o cuestiona, o problema, o problema, son tres basicamente, o primeiro, a inoportunidade do momento, ¿por que?, porque estamos na época da crise do ladrillo e loxicamente pois, iso é un, ó mellor poden dicir vostedes, é que o momento nunca é o adecuado, ben, dende logo pode haber momentos máis ou menos adecuados, pero dende logo dos máis inadecuados non cabe dúbida que é este. Segundo, está claro que xera unha inseguridade xurídica e tamén que se meten na autonomía local. Agora hai moitos concellos que están facendo o planteamento e que teñen os seus plans medio acabados, con este Decreto un concello que teña o plan medio acabado tiña que ter algún tipo de salvidade que lle permitira pois que puidera ir como está e despois corrixilo noutra fase, pois non llo permite, polo tanto paran parte de plans que están xa bastante avanzados. E non se trata de facer reproches porque nós o que queremos é facer solucións. Basicamente o que queremos é que o goberno da xunta que é o que ten a responsabilidade nesta materia que sexa coherente e non pode ocorrer que Touriño, o Presidente Touriño o día que se aprobou o Decreto no Consello da Xunta, diga que vai ser ríxido na aplicación desta norma, que o Goberno Galego vai ser ríxido na aplicación desta norma, e un día despois dende que os Alcaldes da súa cor política lle tiraron das orellas, di que vai ser flexible, a min que alguén me explique como se pode ser ríxido e flexible simultaneamente, ó mellor é algo, é algún don que pode ter o goberno bipartito, nós dende logo non damos sido ríxidos e flexibles ó mesmo tempo, ou arre ou xo. A FEGAMP entendeuno como un ataque frontal ós intereses municipais, pero case sempre polo que pasa sempre, non porque non estea de acordo coas normas do hábitat, senón porque nós que somos parte activa, os concellos, nin lles foi consultado, polo menos iso é o que se dixo, nin lles foi consultado, vailles ser consultado agora dende que montaron unha movida e ameazaron cun proceso xudicial, agora si que os van a consultar, senón nin os consultaban. Eu creo que a autonomía local, sen ter en conta de que o propio Consello Consultivo de Galicia pois púxolle bastantes obxeccións, e este Decreto non é como se di despois políticamente, que niso a verdade é que o venden ben, como lle dixen o de floreado, o PP parece que estamos cos promotores e contra os veciños, non, non, non, mire é que vostedes fan, o goberno fai moita demagoxia con estes asuntos, e di, non, é que nos non queremos que os promotores gañen tanto, pero pobriños, pero de que vamos, pero aquí o máis parvo fai avións. A vivenda vale sempre o que custa o terreo maila construción, mailo que queira gañar o promotor, polo tanto, se algún non ten problemas con este Decreto do hábitat é o promotor, porque o promotor vaille poñer a marxe que el queira, e venderaa, ¿quen a vai pagar?, dende logo vaina pagar o cidadán, porque isto que en teoría suporía un 2 ou un 3 por cento do incremento no custe da vivenda, ó final verase como é moitísimo máis e que pode chegar incluso a un 10 ou máis. Polo tanto, mire, os promotores que en teoría “están mal vistos”, entre comiñas, porque poden estar, mediaticamente non están no seu mellor momento, por moitas razóns que non vén ó caso aquí explicar, pois o que non cabe dúbida é que o promotor é unha persoa que como empresario que é quere gañar o seu, e se facer a obra lle custaba 10 e agora lle custa 12, el vaille poñer igual a súa marxe, e como eles non teñen problema en poñerlle a marxe que lle dea a gaña que a Lei o permite ó final o que fai facer isto é un encarecemento da vivenda. Entón nós non dicimos que non ás normas, ollo, porque senón malinterprétase, nós dicimos si ás normas pero con control e sobre todo negociando. Aquí dende logo non se poden facer unhas normas que teñen que aplicar os técnicos municipais, por ende os concellos, e que os concellos se enteraran do Decreto practicamente dende que foi promulgado. Polo tanto, o que se pide aquí é nin máis nin menos que este Decreto do hábitat, solicitar a súa derrogación do actual Decreto de normas do hábitat, co fin de elaborar outras, non de dicir que quede sine die, non, elaborar outras normas que nazan froito dese consenso que piden os concellos galegos, e iso loxicamente teñen que facelo as forzas políticas, sociais, as administracións locais representadas a través da FEGAMP, incluso esta. E loxicamente tamén se debe escoitar ós sectores empresariais e profesionais afectados porque iso vai permitir basicamente unha mellora da calidade de vida dos cidadáns e non dificultar o desenvolvemento urbano e urbanístico dos concellos. Eu creo que unha norma deste rango á parte da oportunidade ou non, que é inoportuno dende logo, pero iso podíase pasar, o problema é que se o Consello Consultivo lle pon pegas, os concellos nin opinaron e van opinar agora, eu creo que, nós aquí non queremos facer ningún reproche nin moito menos, o que queremos é ofrecer solucións, e por iso o Partido Popular estamos a favor de mellorar esa calidade das vivendas porque é necesario, pero pedimos que se derrogue o actual Decreto e que se consensue un novo, escoitando a todos, os que directa ou indirectamente estean implicados. E eu creo que ese é o motivo desta moción, e o da urxencia xa o dixen, porque despois da semana que vén, que é unha semana cun festivo no medio, complicada, na seguinte creo que se van a sentar a negociar. Ben, pois é bo que a FEGAMP nesa sentada pois teña mocións de distintos concellos e mocións de distintas Deputacións sobre o mesmo. Por certo, dicir que esa caixa dos tronos non a abriu o Grupo Popular nin no Parlamento nin os alcaldes do Partido Popular. O Sr. Touriño no Consello da Xunta aceptou a imposición da Consellería de Vivenda e Solo, dixo que ía a ser ríxido, e logo despois o Presidente da FEGAMP que é do Partido Socialista anuncia que vai a poñer un recurso contra a norma porque entende que vulnera a autonomía dos concellos. E entón o Sr. Touriño di que hai que ser flexibles coa norma. As normas para flexibilizalas é mellor non as facer, é mellor esperar a que se estea máis maduro e a partir de aí pois facémola. Polo tanto, normas si pero con consenso. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Por motivos obvios pois encántame que se traia un asunto deste calado aquí, e só unha cousa de franca tristeza que é que realmente que unha Deputación, unha institución aparentemente tan seria e tan rigurosa pois teña tanto desorde e tan mal funcionamento nos plenos e que se enchan con mocións tipo, circulares e tal, home, nos concellos en que se supón que o nivel da Corporación pois é o que é, pois bueno, que manden mocións tipo as forzas políticas para presentar pois parece lóxico, pero vamos, co nivel que pode haber na Deputación, etc., pois o normal é que non circulemos, e esta mesma moción se vai a presentar en Ribadumia, en Salceda, e a verdade non, como que queda feo, como que queda francamente feo, rebaixa bastante o nivel da institución. Pero dito isto, dende logo parece fantástico. A min esa argumentación, esa argumentación de que non estamos en desacordo pero, mire vostede, o que di aquí claro é derrogación, derrogación é que non se aplique ningún artigo. Senón están en desacordo, pero, digan exactamente que queren que se cambie, exactamente que quere que se cambie. Porque iso xa o levamos escoitado, verdade, penalización, si, pero, esta norma si, pero, non, mire, están en profundo desacordo polo que sexa, arrastrados polo que sexa, pero está claro que aquí o que está dicindo é profundo desacordo, que se derrogue, que se casque e que durante anos non, ou durante moitos meses non volva a haber un, ou unhas normas. E claro, ese profundo, ese profundísimo municipalismo, resulta que as normas, as do 92, serían igual de invasoras, non, porque en canto hai unhas normas de habitabilidade pois están modificando os plans, digo eu, entón, esta si as outras non, ou sexa, é o deterioro das competencias e do que é o municipalismo se é que algún prestixio pode ter. Pero se hai unhas normas en vigor esas non invaden, esas normas se caben esas invaden, non, miren, se hai unhas normas que se lle impón, invaden tanto unhas coma outras. Ben esa é unha argumentación dende logo ben triste, ben triste, porque pode dicir “non estou de acordo”, ben, pero dicir “que invaden competencias”, ... o mesmo unhas que outras, darían igual, exactamente igual. É dicir, que hai plans en vigor, se os plans que están hoxe en tramitación non recollen basicamente o que recolle o do hábitat, bueno, apaga e vámonos, apaga e vámonos, porque é algo que, as normas do 78 para as vivendas sociais son moito máis avanzadas que as do 92, entón nestes momentos estamos cun urbanismo sustentable, ... non sei que, non sei canto, calidade de vivenda, non sei que, e nos agarrámonos ás normas do 92 para un plan. Bueno, iso tampouco é. Ben, hai unha situación que está clara, isto se publica o 17 de xaneiro, despois dunha tramitación moi longa, polo tanto é evidente que isto é absolutamente reactivo, que vostedes non tiñan nin posición e o presentan aquí, din vostedes aquí, o presentan aquí unha vez que xa está aprobado e entrou en vigor, entrou en vigor. Fixo vostede unha referencia ós promotores, eu xa sei que os promotores teñen o mesmo problema que creen que teñen vostedes, que é que son de centro dereita e venden mal, e venden mal, deben ter o mesmo poblema, comunica, comunica, non apuntan ben aí porque senón o demais é fastuoso. Mire, pois eu fun sempre un defensor dos promotores, porque ganan, pero o cancro e todo isto son os propietarios dos solares, pero non quero entrar, sen que sexan uns santos, ¡eh!, coidado, nin moito menos, non quero entrar niso porque nos levaría a outro debate. Agora resulta que o comportamento que está habendo nestes momentos é o seguinte, é o seguinte: viva a autonomía municipal, se están aceptando a trámite, ou se está pensando en aceptar a trámite nalgúns concellos, licenzas pedidas sobre plans non aprobados que contemplan polígonos que unha vez aprobado o plan se poden tramitar, esa é a autonomía municipal, facer un fraude de lei coma unha catedral. Todo en aras de algo que se vai poder construír non sei cando e que os sectores afectados, que eu non sei cales son os sectores afectados, basicamente serán os compradores de vivenda, os sectores afectados serán, basicamente serán, eses non se citan por ningún lado e resulta que en base ós sectores afectados que resulta que reaccionaron despois de haber a norma, de a norma estar aprobada e xa digo, moito despois de coñecida. Miren, aquí pódese facer política co que se queira, evidentemente que para iso están as forzas políticas e algúns axentes sociais que fan máis política que as propias forzas políticas. Agora o que é obvio, o que é obvio é que que teñamos unha norma tan atrasada coma esta, que se dite unha norma, que se está cociñando hai un ano, ano e medio ou dous anos, verdade, unha norma que á parte dá un período ata para que se pidan licenzas e saquen do medio se hai algún problema, que o solar foi caro ou o que sexa, se dita unha norma que vai a mellorar cara ó futuro a calidade de vida de todo o mundo, non falemos dos discapacitados, que agora se volven tolos para topar unha vivenda, ou unha persoa, que bueno, que se vai quedando en silla de rodas, e o sufro no meu edificio por exemplo, pero bueno, unha norma que vai esixir isto, uns mínimos, de repente todos son problemas, é que choven chuzos, é que é mal momento, é que é bo momento, é que vai a pasar, é que hai plans e o que sexa, mire, eu creo que lle debía dar vergonza, e dígoo así con todas as letras, a quen se está opoñendo e lanzando estas campañas, de feito a crúa realidade está aí, que é unha campaña totalmente orquestada, está aí, porque de repente aparece, alguén di, ¡uy!, xa o advertiu o Colexio de Arquitectos, saen un Colexio de Arquitectos e saen outros tres en contra, ¡ah, ah, ah!, saen en contra, sae a FEGAMP, ¡ah, ah, ah!, porque é indefendible, é indefendible opoñerse a estas alturas a isto, dígase que é o que está mal neste Decreto, dígase, se está mal que nun baño poida entrar unha silla de rodas, se está mal que sexan ventilados, dígase que é o que está mal, dígase cal é, e se hai algo mal eu aceptaríao, é dicir, oiga, pois iso excédese, iso é mellor corrixilo, dígase que é o que está mal, que a entrada sexa accesible, que se poida montar ascensor en calquera momento, dígase que é o que está mal e déixese de moela, e están facendo así todos e agora vostedes pican no mesmo, ou sexa, pican, xa o fixeron outros antes, pican, primeiro din, non é que non é oportuno, non, non, e cando ..., ¡bun,! retíranse, claro, é que é indefendible, é indefendible, ese é o problema, o Sr. Crespo xa di, non, vamos acordar, e xa non quería ler a parte resolutiva porque non é vamos a facer unha norma construtiva, non, vamos a cepillar ó Bloque e despois falar, xa non quería lelo, non quería lelo porque claro ía en contra do seu discurso. Mire, se hai algo que corrixirlle dígano, digan que é o que queren, que os baños sexan máis pequenos, que os pasillos sexan máis pequenos, que as escaleiras que poida haber ascensor, que a superficie, digan que é o que queren que se lle quite ó Decreto e deixen de moela, e vostedes van ter a mesma reacción con isto que tivo o Colexio de Arquitectos, o Colexio non sei que, incluso os promotores, o outro día veu o Presidente da Patronal aquí dicindo que xa non é así o asunto, ou sexa, todos, en canto ¡oh, oh, oh!, ... porque non hai quen defenda o indefendible, que é que haxa vivendas, que unha familia se hipoteca toda a vida, o maior investimento, verdade, e que despois resulta que cando chega a andar nunha silla de rodas a ten que deixar ou ten que facer unha canteira porque non pode entrar, verdade, ou ten un patio menor que unha vivenda social, verdade, non é de recibo, non hai quen o defenda, e se queren deféndano, pero digan en que, en que está mal, en que aspectos concretos, e o resto é evidente que, non, estou en contra, quero que siga isto sendo jauja, pero non me atrevo a dicilo e entón ando con suterfuxios. Creo que meteron a pata seriamente señores do Partido Popular, meteron a pata, gañarán porque teñen moitos máis escanos, pero dende logo meteron a pata solemnemente. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. Xosé Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, non é ningunha novidade que o BNG non aposta polo eido municipal, iso creo que non é ningunha dúbida, non hai ningunha dúbida, creo que honradamente dende o noso posicionamento non pode ser máis lóxico e sobre todo máis claro. Nós non dicimos que non á norma, senón dicimos que se nos respecte, esta Deputación é un concello de concellos e entón nós dicimos que se nos respecte. Mire, as primeiras declaracións da Consellería nesta materia foron que ós promotores se lles acabou o festín, pero se iso é mentira, o problema vano pagar os cidadáns como sempre, os paganines que son os veciños e as veciñas, ós promotores non se lles acabou ningún festín, ó mellor aínda o incrementan máis. Mire, cada vez que se meteu unha norma nova se alguén saíu prexudicado foi sempre o veciño de a pé e o promotor sempre beneficiado. Recórdome hai pouco que se producira un aluvión tamén de solicitudes, de proxectos, nos distintos concellos de Galicia, cando foi o código técnico da edificación, dicían os máis entendidos que a aplicación do código técnico na construción significaría un encarecemento de aproximadamente un 2%. Os promotores ¿que aproveitaron?, pois para en vez de poñerlle ese 2% que tiñan de “perda”, entre comiñas o de perda, da aplicación do código técnico metéronlle un 10%, é dicir, que ¿quen se beneficiou con poñer o código técnico en marcha?, unha vez máis os promotores, ou sexa, que estas falacias demagóxicas e que quedan moi ben para a prensa son un instrumento facilmente de efecto boomerang, porque se alguén, se os promotores tiñan festín, agora non venderán pero cando volvan vender, tranquilo que terán o festín máis grande, polo tanto vaise conseguir o efecto contrario, van dicir, é que agora coas normas que puxo a Xunta, que son moi malas de cumprir e nos custan moitos cartos xa case non gañamos nada, e nese río revolto aproveitarán, para se iso lles custa un 2, un 3 ou un 4 por cento máis, poñerlle un 10, co cal os promotores cobrarán, gañarán aínda un 3 ou un 4 por cento máis, xusto o contrario do que vostedes predican. Pero eu non quero entrar porque senón levaríanos moitísimo tempo e non é o motivo desta discusión, non quero entrar no Decreto de habitabilidade tecnicamente, porque eivas si que ten moitas, nós si que faríamos unha proposta, como non a vamos a facer, o que pasa que o lóxico é que nos dean audiencia para podela facer. Mire, créase un Comité Asesor de Habitabilidade, eu creo que iso foi o que máis molestou a Política Territorial, porque entón algunhas cousas que pintaba Política Territorial xa non as pintaría, polo tanto créase ese Comité Asesor. E logo hai total discrecionalidade da Consellería de Vivenda para eximir do cumprimento da propia norma pero pola contra serán os concellos os que deberán comprobar unha vez máis a carne, os huesos para nós e a carne para a Xunta, deberán comprobar o cumprimento da normativa autonómica, sen que se valore o custe do que esta poida supoñer, é dicir, que os concellos temos que comprobar que se cumpra a norma autonómica a cambio de nada e a nós non nos deron vela no enterro. E logo, Sr. Mosquera, eu creo que hai que falar da feira segundo nos vai nela pero ás veces así as operacións moi grandilocuentes teñen que ter os pés no chan, a norma é boa, dende o punto de vista técnico e de mellora da calidade da vivenda, pero a miña pregunta, ¿pero Galicia está en condicións de podela aplicar?. Mire, o Decreto de habitabilidade da Comunidade Autónoma Catalana creo que ten oito ou dez páxinas, o noso oitenta, non quere dicir que con máis páxinas se explique mellor a cousa, pero non cabe dúbida que é así. As portas que pretenden poñer en Galicia serían únicas para Galicia, claro que son estupendo que sexan máis anchas e máis altas, si, pero é que teríamos que ter un modelo, é dicir, unha porta standard, desas que en teoría son máis baratas por ser standard non valerían para Galicia, hai que facer un modelo específico de Galicia, porque as nosas portas van ser máis altas e van a ser máis anchas que as das outras Comunidades Autónomas. Por poñer un dos exemplos múltiples que ten este Decreto. Igual ocorre coa iluminación que loxicamente determina que o aproveitamento dos solares non vai ser o mesmo, nin de broma, é dicir, o que se está facendo agora non se pode facer, co cal iso significará un custe e polo tanto un elevamento do prezo de solar por vivenda, en definitiva eu creo que algunhas destas normas de levarse a cabo significarían modificacións da propia Lei do Solo, que por certo os alcaldes como vostede ben sabe estamos pedindo como a auga de maio que se modifique dunha vez a Lei do Solo nalgúns aspectos. Pois aquí tamén tería que ir algunha proposta desas. En definitiva nós cremos que isto pode encarecer a vivenda un 25 ou un 30% para os veciños, non para o promotor, o promotor vai saír gañando máis, asegúrolle que vai gañar máis, porque se lle custa un 5 xa verá como lle pon un 10, non se preocupe, é dicir, vostedes din que se lle acabou o festín, non van ter un festín, van ter un superfestín, o problema vai ser o veciño que vai ter que comprar a vivenda. E logo chamámoslle calidade, somentes á maior dimensión, que tamén é certo que unha vivenda máis grande ten máis calidade, pero, tamén hai que ver o que se podería facer dende o punto de vista operativo, tendo en conta a experiencia que teñen os concellos, coa problemática que ten cada un, mire, cada concello é un mundo, e as problemáticas aínda que son parecidas agora mesmo case non hai concello en Galicia que non estea traballando no seu ordenamento municipal. Polo tanto, se a cousa fora normal e se a Xunta aproveitara a, digamos dunha vez por todas, cumprira co que non cumpre, porque sempre lle gusta votarnos a culpa ós concellos, e eu entendo que o Bloque non sexa municipalista pero vostede debía ser un pouco máis D. Cesáreo, porque ademais é membro do goberno dun concello, ou sexa, sempre o malo da película somos os concellos, e ó final que somos, os paganinis, é dicir, a día de hoxe a Consellería de Política Territorial tamén se luciu, tres anos despois, o PP non o fixo, de acordo, pero tres anos despois non hai nin Decreto, non hai nin o Regulamento da Lei 9, co cal a ver como facemos o planeamento, non hai directrices de ordenación do territorio. Por certo, o plan do litoral díxosenos que estaría presentado no 2007, no 2007, a ver que pasa o 2008. Pódolle asegurar que non sei cando van ser as eleccións, pero o plan do litoral antes das eleccións non se vai a presentar nin de broma. O problema é que con iso que ía estar parado un ano como moito e dous como moitísimo, empezarase a traballar no plan do litoral xusto despois dos próximos comicios, co cal o problema é que ninguén fai os seus deberes, pero o problema é que ós concellos quérennos quitar as cores, e non é xusto, xa está ben de lexislar para nós, nós concellos, nós administración local, sen escoitarnos, como mínimo pedimos que se nos escoite e logo ó mellor nalgunhas cousas vamos a estar de acordo nas obxectivas, pero tamén vamos a poñer o noso granciño de area e dicir, mira, isto que é caralludo dende o punto de vista mediático e incluso dende o punto de vista funcional en Galicia tería estes problemas, a), b), c), d), ¿é aplicable?, ó mellor a min tamén me gusta ter un coche mellor do que teño pero se non teño cartos para mercalo teño que andar co que teño, pois aquí pasa o mesmo. E por favor, quero desterrar dunha vez por todas iso de que ós promotores se lles acabou o festín, ó revés, cada vez que houbo unha norma que incrementou algo o prezo da vivenda os promotores aproveitaron para poñerlle moitísimo máis. Ó final quen pagan son os veciños, polo tanto non vai a norma contra os promotores como se quere facer entender, porque di algún veciño que aprendeu o seu catecismo, din, ¡que se fastidien os promotores, que gañen menos, que gañan moito!, é certo, pero é que os promotores non se van fastidiar con esta norma, van gañar o mesmo ou máis. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Agora parece que vai. Grazas Sr. Presidente. A min certas argumentacións e o Sr. Crespo ás veces nos deleita, sobre todo cando defende cousas nas que non cre, basicamente, pero nos deleita cunhas argumentacións que ó final caen todas, vamos, atacan principios obvios e evidentes do sistema no que estamos e moito máis da ideoloxía do seu partido, que se sepa, que se sepa os prezos fíxaos o mercado, non é sacrosanto o mercado, ou é que agora non queren ser liberais, pero é igual, a economía funciona dunha maneira liberal, liberal é unha etiqueta ideolóxica e política, funciona así, o prezo fíxao o mercado e nestes momentos o mercado non está para alegrías, incluso están baixando nalgunhas zonas, independente de que o promotor lle queira meter ou non, evidentemente meteralle de sobre custe todo o que poida o mercado, todo o que poida meter o mercado, pero non é el repercutindo desa maneira directa e lineal, iso recórdame moito os principios que se baraxaban na transición, naquelas revistas, Manolón e en Triunfo e tal, debeu vostede beber daquelas fontes, porque esa teoría quedoulle, verdade, pero non, non funciona así, non funciona, que lle vamos a facer, porque se o mercado non absorbe, iso pódese facer co petróleo, por exemplo, porque é unha demanda ríxida, pero se a xente non ten cartos para comprar, non se pode, cando hai a demanda elástica a demanda ríxida resulta que non funciona, sorpréndese un con estas afirmacións. Mire, iso do municipalismo, bueno, vamos a deixalo, se somos ou non somos, mire, eu só lle podo contar unha cousa, é dicir, cando collín a responsabilidade de urbanismo en Pontevedra quixen impulsar unhas normas que eran bastante máis duras que estas, e nos topamos con que o concello estaba vetado para facelo, fixo alturas, fixo tratamento de fachadas, pero se facían modificación ou era a Xunta quen o facía ou non podía. Entón a maioría das normas que dependen só do concello en Pontevedra son máis estritas dende hai seis anos, agora, do que pon o do hábitat, o que non podía reducir, o que se podía entender por cuestións que reducían a edificabilidade, porque esa era unha modificación encuberta co cal o concello non podía, non podía. Polo tanto, vamos, municipalista a tope, ou sexa, se quere facer nun concello unha cousa que non podes facela por culpa das limitacións normativas, entón depende de como se quere, se se quere avanzar nisto ou ir cara atrás, se se quere ir cara atrás son municipalista porque non quero que me poñan unha norma distinta da que hai, se quero avanzar é que son municipalista porque quero que a poñan, depende, esa argumentación do municipalismo está excesivamente sobada, e xa o que é para nota é o da excepción da habitabilidade da Xunta e a norma a aplicar ós concellos, que eu sepa é exactamente como está agora, exactamente como está agora, a normativa do 92, 78, bueno do 78 ... sociais, é exactamente como está, e agora vai ser un crime, ou sexa a partir de agora, ata agora non. Que eu sepa cando hai unha excepción porque por aireación, por superficie ou o que sexa a excepción dáa a Xunta e quen comproba se se cumpriu con esa excepción ou se cumpre coa normativa en xeral é o concello, que eu sepa, bueno que eu sepa, debe levar corenta anos así ou unha cousa así, xa antes do 92, e agora nos vén con que é un problema, miren, metéronse nun patacal cunha moción así tipo e demais que aínda por riba arranxa o Sr. Crespo arremetendo contra os promotores, ou sexa, o cal xa é completo, eu non sei a quen lle van vender iso, ó cidadán que compra non, evidentemente, porque é tal, como normativa xeral evitar certo tipo de problemas que estaba habendo é avanzar sobre todo, bueno, en aireación, tampouco, se llo querían vender ós promotores pegan unha arremetida aquí, bueno, pois non sei exactamente, eu creo que se meteron nun patacal absurdo e con estas normas pasará como con outras, ou sexa, se cadra hai cambio de goberno, se cadra hai cambio de responsabilidades, derrogaranse, non se derrogarán, pero ó final van ir estas normas ou cambiada media coma, seguro, seguro, seguro, e vostedes están tamén absolutamente seguros, verdade, se van unhas normas, bueno, nun momento puideron antes, ben, vostedes estiveron dezaseis anos para facelas, e facelas moito mellores, e entón agora aproveitamos o momento a ver se axitamos e demais cando non vai haber quen as volva atrás, pódense derrogar transitoriamente e volverán a ser, co cambio, se cadra o baño en vez de cinco metros para que entre ben a silla poñémoslle catro e medio para que entre a silla mancornada, pero, vale, a diferenza, será, ou cinco e medio, porque se cadra di, non, non, eu máis, aquí máis, aquí menos, pero basicamente van ser estas, basicamente van ser, e sábeno perfectamente Sr. Crespo, sabe perfectamente que as normas, basicamente, estas normas non vai haber volta atrás porque a sociedade como outra serie de cousas, a sociedade cambiou e non o vai aceptar, bueno, pode haber retrocesos transitorios pero iso non o vai aceptar, e sábeo perfectisimamente, polo tanto montar este alboroto pois non ten pés nin cabeza. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, para rematar que eu creo que xa está amplamente debatido, simplemente dicir que se está a modificar a Lei do Solo pola porta de atrás, tamén é certo porque Política Territorial non move ficha, tamén hai que dicilo, hai que falar da inoperancia de Política Territorial que tres anos de goberno non fixo normas, tres anos de goberno non fixo o Decreto, non fixo o Regulamento da Lei 9, tres anos despois non fixo o plan do litoral, iso si, paralizou unha parte importante de zona de construción que lle hai que dar solucións porque hai uns prexudicados, en definitiva que non se fixo nada dos deberes que tiña que facer a Xunta, e os concellos somos os paganinis unha vez máis. E con este Decreto dalgún xeito en parte modifícase a Lei do Solo pola porta de atrás. Despois outro dos problemas é que os arquitectos, Sr. Mosquera, a partir de agora eu creo que con que tiñan o título van comprar un programa de ordenador e xa fan vivendas, porque quítanlle totalmente a capacidade creativa ó arquitecto, e as construcións para non ser tan monótonas as cidades fai falta que teñan unha certa singularidade e con este Decreto, bueno, poderíalle poñer exemplos onde non deixan voar e hai que poñer por atrás, co cal, mire, ó final, ó final, en síntese non cabe dúbida que ten aspectos moi positivos, pero ten outros que non se corresponden cos tempos, ¿por que protestaron entre outras cousas os Colexios de Arquitectos?, bueno, agás un, polas razóns que todos saben. Os prazos que pon, Sr. Mosquera, sabe vostede coma min, que son incumpribles e que hai moitos temas ambiguos, e cada vez que hai un tema ambiguo sempre o paga o débil, sempre o paga o concello, porque o concello é o que ten que mollarse en dar a licenza, e como hai tres ou catro temas, aspectos importantes ambiguos, ó final imos dar as licenzas, vánnolas recorrer nalgún caso e ó final terá que ser o concello por culpa da ambigüidade da Lei. E que a nós sempre nos toca un pouquiño o peor do peor, ou sexa, o que non quere ninguén tócalle ós concellos, por iso a FEGAMP se rebotou, non por outra cousa, non porque entenda ningunha cousa rara, simplemente entende que ó mellor en 20 ou 30 aspectos que se poden corrixir, de feito eu creo que se van corrixir, mediante unha modificación do Decreto, arranxaban moitos problemas e senón non se arranxan. Á parte deses feitos, deses prazos, que como vostedes saben son incumpribles e non os cumpriremos ninguén, xa llo anticipo agora, non será posible, aínda que queiramos e haxa vontade política de facelo, de cumprir os prazos, pois, nós por iso pedimos un pouquiño máis de sensatez. E con isto termino non sen antes pois deixar patente neste Pleno a falta de respecto institucional do Partido Socialista, que coma os nenos pequenos cando non lle dás o que queren pois hai un pataleo ou non xogan, é dicir, eu senón me dan o xoguete que quero non xogo, iso é unha falta de madurez política tremenda, é unha pena que se dea nesta casa, e eu a verdade é que me gustaría dicirlle tres ou catro cousas máis, pero como non están diante non o vou a facer. Simplemente que o lamento. Gracias e podemos votar Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Igualmente coincidimos con esas palabras. Vamos a proceder polo tanto a votación da Moción presentada polo Partido Popular en relación, para a proposta neste caso, da derrogación do Decreto das normas do hábitat. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do BNG, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular relativa á petición de derrogación do Decreto das Normas do Hábitat. Dita Moción é como segue: “Os Voceiros do Grupo Provincial do Partido Popular en Infraestruturas, Xosé Crespo Iglesias e José Manuel Figueroa Vila, voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular ó abeiro do disposto nos artigos 91 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta para o seu debate e aprobación polo Pleno da Corporación Provincial polo trámite de urxencia a seguinte Moción relativa á petición de derrogación do Decreto das Normas do Hábitat: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS As Normas do Hábitat Galego que aprobou o Consello da Xunta de Galicia o 17 de xaneiro, a proposta da Consellería de Vivenda e Solo, e que veñen de entrar en vigor o 17 de abril, pretenden fixar as calidades mínimas coas que se deben construír as novas vivendas. Dende a entrada en vigor destas Normas do Hábitat Galego todos os sectores implicados están manifestando a súa oposición, e dando conta dos efectos negativos que terá esta norma, nun prazo curto de tempo, de seguir adiante. Co obxectivo de evitalos o Grupo Provincial Popular presenta esta iniciativa para o seu debate e aprobación pola vía de urxencia no Pleno desta Deputación. A devandita normativa substitúe ó actual Decreto de Habitabilidade do ano 1992, e recollen todos os parámetros de como deben construírse as vivendas en Galicia, sexan de prezo libre ou con algún réxime de protección. O Grupo Provincial do PP afirma que, estando de acordo co obxectivo global da mellora das condicións das vivendas polo que supón unha mellora das condicións de vida dos cidadáns, defende sen embargo que o Decreto de Habitabilidade aprobado pola Xunta, na súa actual redacción, presenta moitos aspectos que na práctica suporán evidentes prexuízos ós veciños. O aumento da calidade da vivenda dos pontevedreses debe facerse baseándose na obxectividade e no rigor e non mediante normas improvisadas que xeran un rexeitamento xeral. A Constitución garante a autonomía da Administración Local para a xestión dos seus respectivos intereses. Non obstante, as Normas do Hábitat Galego aprobadas supoñen unha intromisión e un ataque frontal á autonomía local, xa que segundo teñen sinalado moitos técnicos independentes, poderían chegar a colisionar mesmo cos Plans de Ordenación Municipal, ó ser un regulamento claramente intervencionista. A día de hoxe, todos os sectores implicados manifestan a súa preocupación polos efectos negativos que se derivarán a curto prazo da súa recente posta en marcha: invasión na autonomía municipal, encarecemento dos prezos das vivendas de ata un 30%, parálise dos planeamentos en redacción ou exceso de regulamentación. A normativa, tal como advirte o Consello Consultivo de Galicia nos dous ditames emitidos invade competencias que non son propias da Consellería de Vivenda e Solo, ademais de que pola súa imprecisión e ambigüidade xerarían inseguridade xurídica. Boa mostra da preocupación xerada por este Decreto é a saturación que, dende a publicación do mesmo, están sufrindo os servizos urbanísticos dos concellos galegos, recibindo un “aluvión” de solicitudes de licenzas de construción antes da súa entrada en vigor, a pesar de estarmos a vivir a nivel galego un proceso de ralentización do sector da construción. Así mesmo os informes elaborados polos axentes implicados son contrarios ó texto aprobado pola Xunta de Galicia, de aí a preocupación que neste grupo provincial recollemos de todos e cada un deles. A FEGAMP vén de recoñecer explicitamente que as normas en cuestión invaden as competencias da Administración Local e mesmo o Presidente da Xunta ten pedido “flexibilidade” á Consellería de Vivenda na aplicación da mesma. Tendo en conta que estamos inmersos nunha crise económica profunda que repercute en todos os sectores produtivos, a provincia de Pontevedra veríase claramente prexudicada pola aplicación deste Decreto. Os primeiros prexudicados serían os propios veciños que sufrirían un considerable aumento do prezo das vivendas e que logo abranguería un conxunto da actividade económica coa conseguinte paralización dos sectores económicos esenciais. Así mesmo a aplicación do Decreto afectaría negativamente ás recadacións municipais e consecuentemente frearía a capacidade prestadora dos servizos dos Concellos. Por todas as razóns anteriores, o Grupo Provincial Popular acorda instar á Xunta de Galicia: 1.- Solicitar a derrogación do actual Decreto das Normas do Hábitat Galego co fin de elaborar outras normas que nazan froito do consenso coas forzas políticas e sociais, as administracións locais, representadas a través da FEGAMP, e dos sectores empresariais e profesionais afectados, e que permita garantir unha mellor calidade de vida dos cidadáns, de xeito que non dificulte o desenvolvemento urbano e urbanístico dos concellos galegos. 2.- Remitir este acordo ó Presidente da Xunta de Galicia, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, á Consellería de Vivenda e Solo, á FEGAMP e ó Colexio de Arquitectos de Galicia.” Sr. Presidente.- Temos aquí tamén outra Moción que neste caso presenta tamén o Grupo do Partido Popular e ten a palabra D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Ben, gracias Sr. Presidente. Vamos a dar lectura a esta moción que presentamos por vía de urxencia para a súa toma en consideración que di así na súa exposición de motivos: O pasado 14 de marzo de 2008 a Consellería de Sanidade publicou o anteproxecto da Lei Integral en materia de Drogodependencias e outros trastornos aditivos. Na exposición de motivos establécese como obxectivo da mesma a regulación das medidas orientadas hacia as drogodependencias así como as orientadas a outros trastornos aditivos establecendo así mesmo limitacións da publicidade e promoción do viño, quedando tamén prohibido o uso de declaracións de propiedades saudables e incluso tamén por exemplo a visita dun menor de 18 anos a unha adega. A Lei 24/2003 de 10 de xullo de la viña y del vino, ten como obxecto entre outros a promoción e publicidade do viño, establecendo no seu artigo 4º, relativo á promoción, no apartado b), “informar y difundir los beneficios del vino como alimento de la dieta mediterránea”. A Lei do Viño do 2003 considera oficialmente o viño como un alimento, o viño é un alimento natural moi complexo que algúns chegaron a considerar un alimento funcional porque non só aporta nutrientes xa que tamén ten compoñentes ós que se lle ten demostrado un efecto beneficioso para a saúde, así como tamén diminuír ou retrasar determinados procesos patolóxicos. O consumo moderado do viño e o seu efecto beneficioso na saúde é unha frase posiblemente moi repetida pero que está avalada polos múltiples estudos realizados polos máis prestixiosos médicos e expertos nutricionistas internacionais. Nos últimos anos, numerosos organismos como FIVIN, a Fundación para a investigación do viño e nutrición, orientan as súas actividades a valorar os posibles efectos protectores do consumo moderado do viño no noso organismo e sobre a saúde humana dende un punto de vista médico. Por iso realizan un traballo continuo de investigación e recopilación sobre viño e saúde baixo a supervisión dun comité científico formado por médicos, técnicos en saúde e nutrición de recoñecido prestixio nacional e internacional. O sector vitivinícola na provincia ten unha grande importancia socioeconómica polo que a integración do viño na Lei integral en materia de Drogodependencias e outros trastornos aditivos producirá un efecto moi prexudicial ó quedar englobado xunto con estupefacientes e psicotrópicos. É evidente que é necesario regular a publicidade do viño e evitar o seu consumo por menores de dezaoito anos, pero isto debería levarse a cabo nunha lei específica do sector vitivinícola tal como se fai noutros países europeos. Por todas estas razóns proponse a adopción dos seguintes acordos: un, amosar o rexeitamento do Pleno da Deputación, como representante de todos os veciños e veciñas da provincia, ó anteproxecto da Lei integral en materia de Drogodependencias e outros trastornos aditivos. 2. Instar á Consellería de Sanidade para que retire toda referencia ó viño na citada Lei. Pontevedra, 24 de marzo de 2008. Queremos Sr. Presidente someter á toma en consideración para a súa remisión posterior á Comisión Informativa correspondente. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Durán Hermida.- Sometemos a votación e remisión. Sr. Presidente.- Que se envíe á Comisión Informativa. Sr. Durán Hermida.- Para que se tramite. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- É que non sabía en que momento estabamos, se íamos votar a urxencia, se non íamos votar, se estamos tratando, non estamos tratando. Sr. Presidente.- Non, el propón, que bueno, debería estar en todo caso, porque esta si que non ten, porque esta é un anteproxecto. Sr. Durán Hermida.- Si, si, estamos falando dun anteproxecto. Sr. Presidente.- En principio non ten prazo e que, bueno, polo tanto. Sr. Durán Hermida.- Que quede para a Comisión Informativa correspondente, é o que dicía. Sr. Mosquera Lorenzo.- Nós xa temos emendas incluso, ¡eh!. Xa temos emendas incluso. Sr. Presidente.- Non, non, xa sei, por iso, é que somos coincidentes nese plantexamento, como non ten prazo, dalgunha maneira que nos permita limitar. Sr. Durán Hermida.- Pero hai unha entrada en vigor. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non votamos nada logo. Sr. Presidente.- Exactamente. Sr. Mosquera Lorenzo.- É por non facer o feo de retirala. Sr. Presidente.- Ah, non, non, claro. Xa ó mesmo tempo neste caso o poñente propón que pase á Comisión Informativa. ¿De acordo?. 11.5686.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. D. Gabriel. Sr. Martínez Giráldez.- Ben, eu quería, bos días a todos e a todas, dicirlles ós, bueno, ó Partido Popular, que antes de darlles consellos ó BNG das formas e de coherencia pois deberían mirar o que vostedes fan nesta casa e que realmente é o que temos que tratar no Pleno. E por iso quero propoñer que as probas para as prazas da oferta de emprego público, os exames sexan elaboradas no mesmo día que se celebren os exames e que sexan tipo test, para evitar isto, o que pasou, a situación que vivín esta semana, cunhas probas que houbo de Oficial Condutor, onde a persoa que mellor elaborou o exame quedou fóra non se sabe nin por que. Entón ante esta situación de, non sei como diría, de vergoña, por non poder facer outra cousa, pídolles de verdade, que as próximas convocatorias dos exames que convoquen, que sexan tipo test, e realmente que sexan obxectivos, que se poida valorar polo que fai cada persoa non por intereses alleos ós méritos de cada opositor. Sr. Presidente.- Non sei, non está neste momento o Deputado de persoal. Sr. Martínez Giráldez.- Estar está, pero bueno, iso é o rogo. Sr. Presidente.- Que sae agora para Argentina, non está D. Jesús. ¿Que foi o que me dixo?. Bueno, en todo caso tomámolo en consideración e analizaremos esa cuestión. Máis. D. Pauliño. Máis preguntas. Ah, vale. Siga, siga. Sr. Martínez Giráldez.- Ben, as obras que a Deputación leva a cabo na Praza da Música en Ponteareas, posiblemente romperon o illamento que cubre o que é o Auditorio, non sei se teñen coñecemento desta situación. Sr. Presidente.- Son coñecedor desa situación, xa cho adianto, que a través do grupo municipal de goberno se me comunicou esa cuestión e se lle comunicou á empresa, se lle retivo o aval depositado para a obra que executou para a mellora desa praza, e polo tanto que se está averiguando neste momento se dalgunha maneira vén derivado ou non das actuacións que se produciron na praza, estase averiguando iso, aínda que está xa comprometida tamén unha actuación do goberno da Deputación no propio auditorio. Sr. Martínez Giráldez.- Gracias. Nada máis. Sr. Presidente.- D. Pauliño. Sr. Del Río Iglesias.- Bos días ou boas tardes a todos e a todas. Sr. Presidente.- Boas tardes. Sr. Del Río Iglesias.- En primeiro lugar quería facerlle un rogo e é que cando presenten as mocións de urxencia que por favor distribúan unha copia para cada Deputado ou Deputada, non son para os Portavoces dos grupos. Sr. Presidente.- Si, así o faremos. Tíñano os Portavoces dos grupos me parece, pero bueno faremos tamén que os teña cada grupo. Me parece un planteamento razoable. Sr. Del Río Iglesias.- En segundo lugar unha pregunta, na sede que vai abrir a Deputación Provincial en Vigo gustaríame saber se se van a habilitar os espazos necesarios para que todos os Deputados e Deputadas pertencentes á área metropolitana poidamos exercer alí o noso labor. E, gustaríame tamén facerlle outra pregunta, vostede sabe que no Pleno da Corporación Provincial, na sesión ordinaria do 29 de febreiro deste ano votouse, rexeitouse unha moción presentada por este que lle fala a respecto do céspede artificial do campo de Chaín, supoño que non pensaría que o conto morrería aí. Ben, gustaríame saber, dado que está remitido a esta Deputación por Rexistro, en primeiro lugar un acordo da asemblea da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Chaín, poñendo a disposición os terreos, e por outro lado hai un acordo expreso da Xunta de Goberno do concello de Gondomar de colaborar na parte que lle corresponda nesa infraestrutura. Vistos estes dous documentos, que supoño eu que serán básicos para a aprobación do convenio, gustaríame saber se o Sr. Louzán ten previsto dirixirse dalgunha maneira ou outra, ó concello de Gondomar para que o espírito de colaboración de dúas administracións como non pode ser doutra maneira, concello-deputación, se poida acometer esta obra, previo asinamento do preceptivo convenio. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, pois daremos resposta diso, xa do tema de Chaín, xa falamos en varias ocasións, vamos a proceder a rematar as obras do que, neste caso do campo que estamos practicamente rematando, como vostede ben sabe e a proposta ademais dun Deputado que está aquí, Deputado do Partido Popular, que propuxo precisamente no Pleno da Corporación de Gondomar a súa aprobación, que vostede lle faltou dicir iso, a súa aprobación por parte de todos os grupos políticos para construír ese campo, e o que falta é neste sentido, que non sei se o concello de Gondomar ten presuposto ou non aprobado, financiamento para ese tema, e segundo haberá que ver se dentro dunha futura planificación da actuación da Deputación se poida acometer esa obra ou non. Pero neste caso eu agradezo, primeiro a D. Carlos Silva que se houbera preocupado por esa situación, que el foi o promotor dalgunha maneira da posta en marcha dese tema e que vostede continúe tamén nese tema de defensa dun interese común, o cal pois estamos eu creo que na boa dirección, ámbolos dous nese sentido, aínda que el coñecía ben a realidade e por iso o propuxo. Sr. Del Río Iglesias.- Agradézolle esta quenda de palabra que posiblemente regulamentariamente non pertenza. Vamos a ver, simplemente para que, xa sei que é vostede un bo coñecedor da realidade de Gondomar, non coma outros, pero volve vostede a cometer o mesmo erro que da outra vez, a moción na cal, pola cal todos os grupos da corporación municipal de Gondomar votamos a prol desa iniciativa, non é de D. Carlos Silva, díxenllo o outro día e dígollo agora, mandareille certificado. Sr. Presidente.- Non, teño copia eu. Sr. Del Río Iglesias.- Mandareille unha copia certificada. Sr. Presidente.- Está aquí. Non, non, escoito. Sr. Del Río Iglesias.- Escoite, ás veces é bo escoitar. Ás veces é bo, non a si mesmo, ós demais. Mandareille unha copia certificada pola Secretaría do concello para que se dea de conta. O que é propiedade intelectual do Sr. Silva é unha moción para que o concello dotara orzamentariamente e antes dos trámites previstos por parte do concello esa obra. Teno claro agora e senón repítollo. Ben, e en segundo lugar agradézolle a preocupación polo orzamento do concello de Gondomar. Vostede cumpra as súas obrigas e teña por seguro que o concello cumprirá as súas. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Pauliño. Pero eu sei que vostede quere encubrir a realidade, pero a realidade é a que é, eu que lle vou a facer. Vostede sabe que non teñen presuposto, que están nunha situación, din os medios de comunicación, xa non vou a remitirme ó compañeiro en relación á situación, que é unha situación ardua e difícil e que polo ben de Gondomar é bo que exista un goberno estable, iso ante todo, pero xa digo, primeiro para facerlle unha oferta ou un plantexamento neste caso á Deputación é bo que primeiro o concello teña un plantexamento claro e contar co financiamento adecuado para iso, porque senón dirá, bueno, e ó final senón teñen o financiamento pois virán outros concellos que presentan unha planificación, que presentan que hai unha utilización intensiva desa instalación e polo tanto se poida acometer. Pero vostede sabe, ademais pola forma de expresarnos mutuamente que temos especial interese en iso, agora vostede vai a intentar sumarse á, neste caso, á iniciativa do noso Deputado, eu sei que polo tanto vamos a coincidir en iso, non, pero agradezo a iniciativa. Sr. Del Río Iglesias.- Eu polo ben de Gondomar súmome ó que faga falta. Sr. Presidente.- Por iso, eu seino ben. Moitas gracias. Levántase a sesión. Moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición