ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.197
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2008/02/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/1.2008-02-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/02/29_Ordinaria

  • Data(s) 2008-02-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 71 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 29 de febreiro de 2008 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e vinte minutos do día vinte e nove de febreiro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.5652.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Moi bos días, damos comezo ó Pleno ordinario da Corporación Provincial. Primeiro punto do orde do día, aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria do día 25 de xaneiro e as dúas extraordinarias do día 12 de febreiro, todas elas de 2008. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria, do día 25 de xaneiro e dúas extraordinarias do día 12 de febreiro, todas elas de 2008. 2.5653.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE PONTEAREAS A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR SERVIZOS DE PRERRECOLLIDA, RECOLLIDA E TRATAMENTO DE LIXO NO RURAL E DOUTROS RECURSOS MUNICIPAIS Sr. Presidente.- Punto número dous do orde día. Delegación de competencias do concello de Ponteareas a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión e recadación da taxa por servizos de prerrecollida, recollida e tratamento de lixo no rural e doutros recursos municipais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Ponteareas na sesión celebrada o día 6 de novembro de 2007 acordou autorizar diversas delegacións na Deputación de Pontevedra-ORAL para exercer as facultades de liquidación e recadación da taxa por servizos de prerrecollida, recollida e tratamento de lixo no rural; xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, e a recadación, en período executivo, de todos aqueles recursos públicos municipais que aínda non foron obxecto de delegación, a excepción da recadación executiva das multas de tráfico. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de xaneiro de 2008 acordou aceptar as delegacións efectuadas polo Pleno do concello de Ponteareas na sesión que tivo lugar o día 6 de novembro de 2007. Considerando que as citadas delegacións figuran dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión de recursos locais, realizou o concello de Ponteareas, por acordo do Pleno de data 6 de novembro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. O detalle das delegacións é o seguinte: -A liquidación e recadación da taxa por servizos de prerrecollida, recollida e tratamento de lixo no rural. -A xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. -A recadación executiva de todos aqueles recursos públicos municipais que aínda non foron obxecto de delegación, a excepción da recadación executiva das multas de tráfico. As citadas delegacións publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.5654.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE AS NEVES A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR RESERVA DA VÍA PÚBLICA Sr. Presidente.- Punto número tres. Delegación de competencias do concello de As Neves a favor do ORAL para exercer as facultades de liquidación e recadación da taxa por reserva da vía pública. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de As Neves na sesión celebrada o día 7 de novembro de 2007 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por reserva de vía pública. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de xaneiro de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de As Neves, para exercer as facultades de liquidación e recadación da taxa por reserva de vía pública. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. Considerando que a xestión censal, no caso de taxas, prezos públicos e recursos análogos, debe ser asumida directamente pola entidade titular, xa que é a única con capacidade e medios cercanos ós elementos que integran o tributo ou, en xeral, ó recurso público para a formación do censo ou padrón. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de liquidación e recadación da taxa por reserva de vía pública, realizou o concello de As Neves, por acordo do Pleno de data 7 de novembro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.5655.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR VADOS Sr. Presidente.- Punto número catro. Delegación de competencias tamén, do concello de Soutomaior a favor do ORAL para exercer as facultades de liquidación e recadación da taxa por vados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Soutomaior na sesión celebrada o día 25 de outubro de 2007 acordou a delegación, entre outras, na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por vados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de xaneiro de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Soutomaior, para exercer as facultades de liquidación e recadación da taxa por vados. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. Considerando que a xestión censal, no caso de taxas, prezos públicos e recursos análogos, debe ser asumida directamente pola entidade titular, xa que é a única con capacidade e medios cercanos ós elementos que integran o tributo ou, en xeral, ó recurso público para a formación do censo ou padrón. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de liquidación e recadación da taxa por vados, realizou o concello de Soutomaior, por acordo do Pleno de data 25 de outubro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.5656.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO Sr. Presidente.- Tamén do mesmo concello de Soutomaior, para exercer as facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Soutomaior na sesión celebrada o día 25 de outubro de 2007 acordou a delegación, entre outras, na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de xaneiro de 2007 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Soutomaior, para exercer as facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental desde o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental desde o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio, realizou o concello de Soutomaior, por acordo do Pleno de data 25 de outubro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 6.5657.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO FACULTADES DE RECADACIÓN DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO DE DOZÓN A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS Sr. Presidente.- Punto número seis. Delegación de competencias do concello de Dozón a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación da taxa por recollida de lixo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Dozón na sesión celebrada o día 30 de outubro de 2007 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por recollida de lixo. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de xaneiro de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Dozón, para exercer as facultades de liquidación e recadación da taxa por recollida de lixo. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. Considerando que a xestión censal, no caso de taxas, prezos públicos e recursos análogos, debe ser asumida directamente pola entidade titular, xa que é a única con capacidade e medios cercanos ós elementos que integran o tributo ou, en xeral, ó recurso público para a formación do censo ou padrón. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de liquidación e recadación da taxa por recollida de lixo, realizou o concello de Dozón, por acordo do Pleno de data 30 de outubro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 7.5658.- RESOLUCIÓN DOS RECURSOS DE REPOSICIÓN INTERPOSTOS FRONTE Ó ACORDO PLENARIO DE 30-11-2007, POLO QUE SE RESOLVÍAN AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “MELLORA DE TRAZADO E CAPA DE RODAXE NA EP 9201 SANXENXO-BORDÓNS, ESTRADA SAMIEIRA (SANXENXO)”, SE APROBABA DEFINITIVAMENTE BENS AFECTADOS E SE DECLARABA A NECESARIA OCUPACIÓN DESTES O PROXECTO E A RELACIÓN DE PROPIETARIOS E Sr. Presidente.- Punto número sete do orde do día. Resolución dos recursos de reposición interpostos fronte ó acordo plenario de 30-11-2007, polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto “Mellora de trazado e capa de rodaxe na EP 9201 Sanxenxo-Bordóns, estrada Samieira” (Sanxenxo), se aprobaba definitivamente o proxecto e a relación de propietarios e bens afectados e se declaraba a necesaria ocupación destes. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra en sesión ordinaria celebrada o 25 de abril de 2007 adoptou, entre outros, o acordo de aprobación inicial do proxecto denominado "Mellora de trazado e capa de rodaxe na EP9201 Sanxenxo-Bordóns, estrada Samieira" (Sanxenxo), que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 5.145.762,47 euros, analizado en orzamento de execución por contrata por importe de 3.885.762,48 euros e capítulo de expropiacións por importe de 1.259.999,99 euros. Someténdose a información pública o devandito proxecto, durante o período regulamentario, en virtude de edito publicado no Boletín Oficial da Provincia de data 23 de xullo (BOP nº 142) e 14 de agosto de 2007 (BOP nº 157), no taboleiro de anuncios do concello de Sanxenxo e en varios xornais da localidade, notificándose ademais persoalmente a todos os afectados a apertura do citado período de información pública, formuláronse unha serie de alegacións ao proxecto e ao expediente de expropiación que leva consigo. Na sesión celebrada o 30 de novembro de 2007 o Pleno da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra adoptou, entre outros, o acordo polo que se resolvían as alegacións presentadas durante o período de información pública, aprobábase definitivamente o citado proxecto e a relación de propietarios e bens afectados, ademais de declarar a necesaria ocupación destes últimos, acordo que se notifica persoalmente aos interesados. Dentro do prazo legalmente establecido preséntanse varios recursos de reposición fronte ao citado acordo plenario, recursos que son informados polo Servizo de Vías e Obras en data 8 de febreiro de 2008. Á vista dos informes emitidos polo Servizo de Vías e Obras, e co fin de dar continuidade ao expediente expropiatorio derivado do citado proxecto, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. Desestimar os recursos de reposición interpostos por D.ª Estrella Domínguez Fernández, en representación de D. Manuel Rodríguez Sanmartín, D. Manuel Domínguez Tilves e D.ª Obdulia Fernández Berreco-terreos nº 285, 287, 288 e 298- xa que as cuestións relativas á valoración dos bens e superficies afectadas se debaterán no momento procedimental oportuno- peza separada de xustiprezo-. En canto ao muro existente na parcela nº 285 ao que fai referencia a interesada, a súa situación exacta determinarase no levantamento de actas previas á ocupación. Segundo. Desestimar o recurso de reposición interposto por D.ª Regina Serantes Casal, en representación de D. Ramón Serantes Torres- terreo nº 305- xa que, sen prexuízo da súa posterior rectificación á vista das probas documentais que presente o interesado, a día de hoxe non acreditou a titularidade do devandito predio de acordo co disposto no artigo 3 da Lei de Expropiación Forzosa e no artigo 7 do seu Regulamento. Terceiro. Desestimar o recurso de reposición interposto por D. José Faustino Bouzada Barreiro- terreo nº 549- xa que co proxecto de referencia se pretende mellorar substancialmente a seguridade vial nunha estrada que se configura como unha infraestrutura de grande importancia para a zona; partindo desa premisa o proxecto -que parte dun trazado xa existente- contempla unha xusta distribución de cargas entre todos os propietarios afectados de acordo coas esixencias técnicas dun proxecto o trazado do cal non pode ser variado atendendo a intereses particulares. Neste punto é necesario recordar que a expropiación forzosa contempla o suposto en que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevalencia do primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal axeitado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado, corresponderá determinar ao Xurado de Expropiacións de Galicia En relación á perda de edificabilidade do terreo en cuestión manifestada polo propietario- a realidade da cal se comprobará no momento procedimental oportuno- cabe recordar que a mesma sería un concepto suxeito a indemnización. En canto ás columnas de formigón e á cancela de dúas follas existentes na súa propiedade, as mesmas incluiranse entre os bens afectados no levantamento de actas previas á ocupación. Cuarto. Desestimar o recurso de reposición interposto por D. Eugenio Pazos Reyes -terreo nº 392- baseándose nos seguintes fundamentos xurídicos: a) En relación á alegación relativa á nulidade/anulabilidade da resolución ditada xa que ".... o escrito recibido contén un extracto do acordo adoptado e non o seu contido íntegro, sen que figure a motivación que xustifique a decisión adoptada,...", é suficiente recordar que o artigo 21.3 da Lei de Expropiación Forzosa dispón que o acordo de necesidade de ocupación "... haberá de notificarse individualmente a cantas persoas aparezan como interesadas no procedemento expropiatorio, se ben na exclusiva parte que poida afectalas", tal e como se realizou no presente suposto. En canto á ausencia de motivación cabe sinalar que no punto 3 do acordo agora recorrido motivábase a necesidade de executar o proxecto de referencia ao sinalar literalmente que "entre as competencias propias da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, recollidas polo lexislador na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, atopan asegurar a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal, así como a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica aos Municipios, especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión. Iso implica a posta en marcha, por parte da Deputación, de numerosos proxectos tanto propios como de cooperación cos distintos municipios da provincia, proxectos entre os que se atopa o de "Mellora de trazado e capa de rodaxe na EP-9201 Sanxenxo- Bordóns, estrada Samieira" (Sanxenxo); este proxecto naceu co fin de definir as obras necesarias para a mellora da capa de rodaxe e o ensanche do vial, dotando este de beiravías dun metro a cada lado da calzada ao obxecto de mellorar a seguridade dos viandantes ao longo de todo o seu percorrido. Por outro lado as travesías existentes dotaranse de beirarrúas e iluminación, sendo unha das premisas máis destacadas afectar o menos posible ás edificacións e dar ao trazado unhas características técnicas axeitadas, con amplos radios e moderadas pendentes. Coas reformas proxectadas nesta vía de comunicación conseguirase a fluidez de tráfico necesaria para circunvalar algún núcleo existente. Todo iso sen perder de vista o obxectivo principal do proxecto: mellorar notablemente a seguridade vial, tanto de vehículos coma de peóns, nunha estrada que, nos últimos anos, sufriu un considerable aumento no tráfico rodado ao tratarse dun vial que une a estrada de Pontevedra-O Grove, ao seu paso por Sanxenxo, co acceso a Samieira e o campo de golf. Ese aumento na circulación provocou que, na actualidade, o pavimento da zona de circulación presente unha importante deterioración e que o trazado existente non responda ás esixencias circulatorias, detectándose varios puntos negros ao longo do percorrido, aumentando os accidentes, con danos materiais e persoais, nas últimas datas. É por iso que con este proxecto se pretende acabar coa sinestralidade detectada e garantir a seguridade vial. En consecuencia a expropiación para executar o proxecto vén motivada por cuestións técnicas tales como mellorar o firme da estrada, o ancho da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a intensidade media do tráfico, a supresión de distintos puntos negros de tráfico ou a existencia de poboación infantil á que se intentará protexer coa construción de beirarrúas ao longo de máis de 4 quilómetros do vial. É por iso que nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a necesaria ocupación dos bens afectados está sempre xustificada. b) Ante as afirmacións relativas a que para mellorar o trazado da vía"… non resulta necesario ter que ocupar nin superar o muro de granito que a delimita, contén e pecha o inmoble... e así contémplase.... na planta xeral do proxecto técnico.... e o mesmo acontece no listado de terreos e propietarios afectados xa que na páxina 20 referida ao inmoble nº 392 non aparece superficie de terreo ningunha obxecto de ocupación... vulnerando o establecido na Constitución e Lei de Expropiación Forzosa ao non aparecer o espazo que se pretende ocupar... e que a ocultación do dato da superficie a ocupar polo vial no terreo unha vez retirado o muro constitúe un acto arbitrario...", cabe sinalar que no anexo de propietarios e bens- páxina nº 20- reflíctense os seguintes bens afectados na finca nº 392: Superficie ocupada- 99 m2 de cultivo. Outros bens- 57,80 m2 muro de contención de perpiaño, 30,60 m2 enreixado de ferro, 9 unidades de columnas de 0,25x0,25x3,00 m., 3,84 m2 portal dúas follas de 1,60x2,40 m, 1 unidade de traslado de escaleiras e 5 unidades de plantas ornamentais. Aos efectos oportunos acompáñase copia da acta na que se detallan con exactitude os bens obxecto de expropiación polo que a presunta indefensión alegada polo propietario carece de fundamento xurídico algún. En calquera caso, e tal como se afirmaba ao resolver as alegacións efectuadas durante o período de información pública, o peche afectado será obxecto de reposición por parte da Administración (artigo 39.3 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia) sempre que tecnicamente sexa posible, ofrecendo no caso contrario unha indemnización; en canto ás escaleiras estudarase o axeitado desenvolvemento destas ao longo da tramitación do expediente. Todas estas operacións -ante a preocupación mostrada polo propietario- serán executadas por persoal especializado e de forma que se cause o menor prexuízo posible -tanto estético como de funcionalidade- ao predio en cuestión. c) En canto ás alegacións relativas a que co proxecto "non é necesario ter que ocupar nin superar o muro de granito que delimita, contén e pecha o inmoble nº 392...", é preciso sinalar que no tramo de vial no que se sitúa a propiedade do recorrente- terreo nº 392- está prevista unha sección tipo de 10,80 metros de ancho, con dous carrís de circulación de 3,50 metros cada un, dúas beiravías dun metro e unha beirarrúa de 1,80 metros, para o cal é necesario ocupar os bens reflectidos no anexo de expropiacións. Neste punto é necesario recordar que a expropiación forzosa contempla o suposto en que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevalencia do primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal axeitado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado corresponderá determinar ao Xurado de Expropiacións de Galicia. Quinto. Desestimar o recurso de reposición interposto por D.ª María de los Ángeles Méndez Vázquez, terreo nº 488, baseándose nos seguintes fundamentos: a) As cuestións relativas á clasificación urbanística dos terreos e a súa valoración quedan diferidas ao momento procedimental oportuno- peza separada de xustiprezo- polo que non cabe entrar neste trámite a debater sobre o fondo do asunto. b) En canto á presunta "incongruencia da resolución" agora recorrida, cabe recordar que no acordo do Pleno do 30 de novembro de 2007 se estimaron parcialmente as alegacións efectuadas por D.ª María de los Ángeles Méndez Vázquez en relación ao cambio de titularidade da parcela nº 488, unha vez acreditada a mesma por agora recorrente de acordo co disposto no artigo 3 da Lei de Expropiación Forzosa e artigo 7 do seu Regulamento. En canto á construción dun muro de contención o proxecto de referencia non contempla a súa execución no tramo do vial no que se sitúa a propiedade de D.ª María de los Ángeles Méndez Vázquez, tal e como se poñía de manifesto ao resolver as alegacións presentadas pola interesada durante o período de información pública resolvendo as cuestións formuladas pola mesma; emporiso o anterior e de acordo co disposto no artigo 24 da Lei de Expropiación Forzosa, Administración e expropiado poderán convir libremente -en calquera momento ao longo da tramitación do expediente- a adquisición dos bens e dereitos obxecto da expropiación, de xeito que unha vez convidos os termos do acordo amistoso darase por rematado o expediente iniciado (no mesmo senso o artigo 4 do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, artigo 88 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e artigo 111 do Real Decreto Lexislativo 781/1986 de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local). Sexto. Desestimar o recurso de reposición interposto por D. Celso García Crespo, terreo nº 440, xa que a expropiación de terreos para executar o proxecto de referencia vén motivada porque ao tramo do vial en cuestión - aínda que se trate dunha recta- antecédelle unha curva o radio da cal é preciso reducir ó obxecto de mellorar a seguridade vial de forma que se produce un lóxico desprazamento de eixe de estrada; por outro lado a execución da obra vén motivada por unha serie de cuestións técnicas tales como mellorar o firme da estrada, o ancho da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a intensidade media do tráfico, a supresión de distintos puntos negros ou a existencia de poboación infantil á que se intentará protexer coa construción de beirarrúas ao longo de máis de 4 quilómetros do vial. É por iso que nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a necesaria ocupación dos bens afectados está sempre xustificada. En concreto o proxecto contempla nese tramo de vial unha sección de 11 metros, con dous carrís de circulación de 3,50 metros, dúas beiravías dun metro cada un e dúas cunetas tamén de 1 metro cada unha, co que a expropiación se axusta ao disposto no proxecto, tendo en conta ademais a existencia dun desmonte nesa zona, pero en ningún caso se alcanzan os 17 metros de explanación tal e como afirma o recorrente. En calquera caso é necesario recordar que a expropiación forzosa contempla o suposto en que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevalencia do primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal axeitado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado corresponderá determinar ao Xurado de Expropiacións de Galicia. En canto ás cuestións formuladas sobre a valoración do terreo as mesmas se abordarán no trámite procedimental oportuno -peza separada de xustiprezo-. Sétimo. Desestimar o recurso de reposición interposto por D. José Crespo Quiñóns, terreo nº 441, xa que a expropiación de terreos para executar o proxecto de referencia vén motivada porque ao tramo do vial en cuestión - aínda que se trate dunha recta- antecédelle unha curva o radio da cal é preciso reducir ó obxecto de mellorar a seguridade vial de forma que se produce un lóxico desprazamento de eixe de estrada; por outro lado a execución da obra vén motivada por unha serie de cuestións técnicas tales como mellorar o firme da estrada, o ancho da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a intensidade media do tráfico, a supresión de distintos puntos negros ou a existencia de poboación infantil á que se intentará protexer coa construción de beirarrúas ao longo de máis de 4 quilómetros do vial. É por iso que nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a necesaria ocupación dos bens afectados está sempre xustificada. En concreto o proxecto contempla nese tramo de vial unha sección de 11 metros, con dous carrís de circulación de 3,50 metros, dúas beiravías dun metro cada un e dúas cunetas tamén de 1 metro cada unha, co que a expropiación se axusta ao disposto no proxecto, tendo en conta ademais a existencia dun desmonte nesa zona, pero en ningún caso se alcanzan os 17 metros de explanación tal e como afirma o recorrente. En calquera caso é necesario recordar que a expropiación forzosa contempla o suposto en que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevalencia do primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal axeitado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado corresponderá determinar ao Xurado de Expropiacións de Galicia. En canto ás cuestións formuladas sobre a valoración do terreo as mesmas se abordarán no trámite procedimental oportuno -peza separada de xustiprezo-. Oitavo. Desestimar o recurso de reposición interposto por D.ª Julia Chaves Besada, terreo nº 473, xa que co proxecto de referencia se pretende mellorar substancialmente a seguridade vial nunha estrada que se configura como unha infraestrutura de grande importancia para a zona; partindo desa premisa o proxecto- que parte dun trazado xa existente - contempla unha xusta distribución de cargas entre todos os propietarios afectados de acordo coas esixencias técnicas do devandito proxecto. En concreto no terreo que se sitúa en fronte da súa propiedade expropiaranse 648 m2 - recordemos que a ocupación sobre a propiedade de D.ª Julia Chaves Besada abarca unha superficie de 61 m2- polo que as alegacións da recorrente relativas a que "o vial só discorre ocupando terreos da marxe esquerda" carece de calquera fundamento técnico ou xurídico. En canto á execución da obra a mesma vén motivada por unha serie de cuestións técnicas tales como mellorar o firme da estrada, o ancho da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a intensidade media do tráfico, a supresión de distintos puntos negros ou a existencia de poboación infantil á que se intentará protexer coa construción de beirarrúas ao longo de máis de 4 quilómetros do vial. É por iso que nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a necesaria ocupación dos bens afectados está sempre xustificada. En concreto o proxecto contempla nese tramo de vial unha sección de 11 metros, con dous carrís de circulación de 3,50 metros, dúas beiravías dun metro cada unha e dúas cunetas tamén de 1 metro cada unha, co que a expropiación se axusta ao disposto no proxecto, tendo en conta ademais a existencia dun desmonte nesa zona, pero en ningún caso se alcanzan os 17 metros de explanación tal e como afirma a recorrente. En calquera caso é necesario recordar que a expropiación forzosa contempla o suposto en que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevalencia do primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal axeitado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado corresponderá determinar ao Xurado de Expropiacións de Galicia. En canto ás cuestións formuladas sobre a valoración do terreo as mesmas abordaranse no trámite procedimental oportuno -peza separada de xustiprezo-. Noveno. Estimar parcialmente o recurso de reposición interposto por D.ª María Rosa Lariño García, terreos nº 403 e 489, segundo o seguinte detalle: a) Unha vez examinada a documentación presentada pola interesada e de acordo co disposto no artigo 32 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, as actuacións no expediente de expropiación entenderanse a partir deste momento con D.ª Rosa María Méndez Lariño, con DNI 35206200- P ou no seu defecto con D. Norberto García Rodríguez, con DNI 35274713-G, con domicilio en Sanxenxo, R/ Carlos Casas nº 10, 1º Izq. b) En relación á "cesión voluntaria de terreos" da que fala D.ª María Rosa Lariño García, non é a Deputación Provincial de Pontevedra a Administración competente para poder plasmar o acordo de cesión e reserva de edificabilidade formulada pola recorrente, debendo dirixir a súa solicitude ao Concello de Sanxenxo. c) En relación ao terreo nº 489 a afección da expropiación abranguerá 76 m2 polo que ningunha das edificacións existentes na devandita parcela se verá afectada polas obras. Sen prexuízo dos resultados que bote a prospección arqueolóxica intensiva a realizar, técnicos desta Administración desprazados á zona comprobaron que, en particular, o pombal ao que fai referencia a propietaria- englobado no conxunto recollido dentro do catálogo do PXOM de 27/02/2003 baixo o epígrafe CSX00-338 Pazo Bermúdez de la Maza, non se verá directamente afectado polas obras; en calquera caso unha vez se inicien as mesmas adoptaranse as medidas correctoras e protectoras que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural considere oportunas. En canto ao camiño existente na zona o mesmo manterá a súa funcionalidade, polo que se fose necesario construirase un muro de contención da estrada na zona necesaria co fin de protexer o citado camiño. Décimo. Desestimar o recurso de reposición interposto por D.ª Blanca Balboa de los Cobos, en representación de Grupo 10 Empresarial SL, terreo nº 399, segundo o seguinte detalle: a) En canto ás alegacións relativas a que ".... se está dando un trato diferenciado ás parcelas nº 398 e 399", cabe sinalar que o proxectista estimou que no terreo sobre o que se sitúa o terreo nº 398 existe un muro de pedra -oculto pola vexetación- que exerce a función de sostemento do terreo situado en cota superior; é por iso que esta Administración, de acordo co disposto no artigo 39.3 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia, procederá á reposición dun muro xa existente tal e como se considera no proxecto de referencia; en calquera caso se unha vez iniciado o movemento de terras se comproba que non existe o citado muro de pedra, o tratamento da parcela en cuestión será o mesmo que se dará ao terreo nº 399 propiedade da agora recorrente. b) En relación á posibilidade de construír un muro de contención no tramo de vial no que se sitúa o terreo nº 399, dita opción formularase no levantamento de actas previas á ocupación. 8.5659.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR INSTANDO Á DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO PARA QUE OS PARQUES EÓLICOS SEXAN CONSIDERADOS BENS INMOBLES DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS ÓS EFECTOS DO IBI Sr. Presidente.- Punto número oito, moción do Grupo Provincial do Partido Popular instando á Dirección Xeral do Catastro para que os parques eólicos sexan considerados bens inmobles de características especiais ós efectos do IBI. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días a todos, moitas gracias Presidente. Xa foron informados os distintos Deputados na Comisión Informativa, do que se trata é que a teor de haber ganado un recurso na Sección segunda da sala do contencioso-administrativo polo que se consideraba ós parques eólicos como BICES, bens inmobles de características especiais, case que un tempo razoable despois topámonos que a maioría deles aínda están sen catastrar, polo tanto iso orixina un prexuízo para os concellos de toda Galicia, tamén de todo o Estado Español, pero en particular para os da provincia de Pontevedra, que aí veñen na propia moción unha serie de datos dos aeroxeneradores que están instalados en trinta concellos, agora ben, a día de hoxe realmente xa hai máis porque estanse, agora mesmo estanse construíndo case oito parques novos, co cal estaremos cerca dos 1.500 aeroxeneradores que están funcionando agora mesmo, para cumprir esta sentenza, a verdade case a única se están intentando escorrer o vulto o mellor posible, porque loxicamente cada ano que pasen, pois é un ano que aforran de cotizar este IBI de características especiais ós concellos, e polo tanto para eles é un aforro, pero non cabe dúbida que é un prexuízo para os concellos, polo tanto o que se trata nesta moción é de instar á Dirección Xeral do Catastro para que considere dentro dos BICES ós Parques Eólicos, que tributen como tales e logo aprobar un soporte legal necesario que prevea ese regulamento, é dicir, que estes Parques Eólicos que están para valoralos catastralmente, haberá que incluír o chan, o propio edificio, é dicir, o fuste do propio molinillo, as instalacións, e logo había dúbidas se se incluía a maquinaria ou non, a maquinaria é a parte máis custosa dun Parque Eólico, obviamente as eólicas non querían incluílo, pero está claro que teñen que incluír a maquinaria, unha vez que se inclúa isto o Catastro ten que facer unha valoración e a verdade é que vai todo moi lento, por non dicir practicamente inexistente, é dicir, en Galicia os que están catastrados están de vello, pero dende que saíu esta sentenza pola nova Lei non se catastrou ningún, e o problema non é que se catastre, o problema é que agora a idea é que catastralos á baixa de tal maneira que se son BICES en vez de pagar o 0,4 terían que pagar o 1,3, un pouquiño máis de tres veces do que están pagando, pero se a base sobre a que se asenta esa valoración a diminúe como pretenden as eólicas ó final resulta que o meu gozo nun pozo porque cotizarán igual que cotizaban o IBI de características especiais, polo tanto aquí do que se trata é de que catastro o antes posible, nós neste caso pedímolo para a provincia de Pontevedra, que os parques que hai nos concellos da provincia de Pontevedra, que os catastre dun xeito inmediato. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo, ten a palabra o Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente, bos días a todas e a todos. Evidentemente estamos nunha situación moi reiterada de que, bueno pois, como se queira chamar unhas empresas, grandes empresas ou como sexa, pois intentan obviar por todos os medios a presión impositiva dos concellos, o cal lle están sisando recursos e demais, podemos recordar autoestradas, por exemplo agora a telefonía móbil, nos concellos tampouco tributan nin nada, neste caso, pois os Parques Eólicos. Afortunadamente hai unha sentenza que lle dá a razón á FEGAMP, neste caso é obvio que o sistema que temos de financiamento de cada unha das Administracións, pois calquera infraestrutura deste tipo pois terá que tributar como calquera cidadán, ou sexa exactamente como calquera cidadán, senón diríamos que estaríamos nunha situación absolutamente regresiva, ¿non?, que máis ten, o que máis dispoñibilidade e negocio fai á conta das instalacións pois non pagaría e terían que pagar os cidadáns ou quedar sen servizo se cadra. Evidentemente imos a votar a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera, polo tanto procedemos á votación do grupo provincial do Partido Popular. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo o Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular instando á Dirección Xeral do Catastro para que os parques eólicos sexan considerados bens inmobles de características especiais ós efectos do IBI. Dita Moción é como segue: “MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR POLA QUE SE INSTA Ó MINISTERIO DE ECONOMÍA E FACENDA (DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO) PARA A VALORACIÓN E INCLUSIÓN NO PADRÓN CORRESPONDENTE DOS PARQUES EÓLICOS COMO BENS INMOBLES DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS (BICES) O Grupo Provincial do Partido Popular (PP) na Deputación Provincial de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta Moción relativa á valoración e inclusión no padrón correspondente dos parques eólicos como Bens Inmobles de Características Especiais (BICES). EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), presidida por don Xosé Crespo Iglesias, presentou o 22 de xuño de 2006 un recurso ante o Tribunal Supremo contra o Real Decreto 417/2006 que excluía ós parques eólicos de cotizar como Bens Inmobles de Características Especiais (BICES). 2.- Como consecuencia do devandito recurso, a sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo ditou sentenza o 30 de maio de 2007, estimatoria da tese formulada pola FEGAMP, e que vén a anular un parágrafo do artigo 23 do Real Decreto que excluía das enerxías de réxime especial, entre outras á eólica, obrigando a que “os parques eólicos e os fotovoltaicos sexan catastrados e valorados como BICES”. 3.- Posteriormente a esta sentenza, publicouse no BOE, número 278 de 20 de novembro de 2007, o Real Decreto 1464/2007, de 2 de novembro, polo que se aproban as normas técnicas de valoración catastral dos BICES. Neste real decreto, non se mencionan os parques eólicos e, como consecuencia, non é posible aplicar a antedita sentenza do Tribunal Supremo, xa que non se permite a súa valoración catastral nin a súa liquidación como BICES, o que xera un grave prexuízo económico para os concellos. 4.- Os datos coñecidos da provincia de Pontevedra indican que hai un total de 1.257 aeroxeneradores instalados en 30 concellos. Deles, 11 están en Caldas de Reis; 90 en A Cañiza; 11 en Catoira; 100 en A Lama; 18 en Agolada; 53 en Arbo; 53 en As Neves; 53 en Cerdedo; 97 en Cotobade; 156 en Covelo; 172 en Forcarei; 187 en Lalín; 53 en Mondariz; 80 en Rodeiro; 75 en Silleda; 37 en Vila de Cruces; e 11 de Vilagarcía de Arousa. 5.- Na actualidade, o número de aeroxeneradores dados de alta non supera a cifra de 400, e todos eles cotizando polo sistema vixente, é dicir ó 0,40. 6.- Para cumprir a antedita sentenza do Tribunal Supremo, a Dirección Xeral do Catastro deberá considerar dentro dos BICES ós parques eólicos que pasarán a tributar como tales. Deberá aprobarse un soporte legal necesario previsto no novo regulamento de criterio de valores. E os concellos afectados pola radicación de parques eólicos e aeroxeneradores deberán aprobar as súas ordenanzas fiscais correspondentes. 7.- O valor dos parques eólicos está constituído polo chan, polos edificios e instalacións (tubarías, soportes, ...) e tamén pola maquinaria. Para catalogalo, deberán elaborar ponencias especiais de valores. Esta catalogación e valoración dos parques eólicos existentes na provincia de Pontevedra como BICES posibilitará que os concellos poidan triplicar a súa recadación ó pasar de aplicar o tipo impositivo do 0,40 ata o 1,3. Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopte o seguinte acordo: - O Pleno da Deputación de Pontevedra insta ó Ministerio de Economía e Facenda (Dirección Xeral do Catastro) para que se desenvolva urxentemente a normativa necesaria que posibilite a aplicación da sentenza da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo, sección segunda, de data 30 de maio, de xeito tal que permita a valoración, inclusión no correspondente Padrón, e, en consecuencia, a súa posterior liquidación tributaria, dos parques eólicos como Bens Inmobles de Características Especiais (BICES).” 9.5660.- MOCIÓN PRESENTADA POLO DEPUTADO D. PAULIÑO DAMIÁN DEL RÍO IGLESIAS, RELATIVA Á DOTACIÓN DE CÉSPEDE ARTIFICIAL E EQUIPAMENTO NO CAMPO DE FÚTBOL DA GÁNDARA EN CHAÍN (GONDOMAR) Sr. Presidente.- Punto número nove do orde día. Moción presentada polo Deputado D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, relativa á dotación de céspede artificial e equipamento no campo de fútbol da Gándara en Chaín (Gondomar). Ten a palabra neste caso Pauliño, Don Pauliño. Sr. Del Río Iglesias.- Bon día a todos e a todas. Vou a proceder á lectura da moción que di o seguinte, na sesión plenaria do catorce de decembro de 2007 a corporación municipal de Gondomar aprobou por unanimidade a seguinte proposta, solicitar a inclusión dentro do Plan que corresponde á Deputación Provincial ou da Xunta de Galicia, nos dous, da obra de colocación de céspede sintético no campo de fútbol da Gándara de Chaín, e iniciar contactos co Club Deportivo de Chaín e máis coa Comunidade de Montes da parroquia devandita para documentar de maneira concluínte a dispoñibilidade, titularidade dos terreos para poder optar ós beneficios derivados dos plans previstos, este acordo que o goberno municipal de Gondomar deu traslado deste acordo unánime o día 2 de xaneiro do 2008 a esta Deputación Provincial e á Xunta de Galiza e ós propietarios dos terreos da Mancomunidade de Montes en man común de Chaín, o referido escrito tivo entrada nesta Deputación Provincial con data dende xaneiro do 2008, sen que ata o día de hoxe teña remitido resposta segundo consta na documentación do expediente obrante no concello de Gondomar, por el, na sesión plenaria da Corporación celebrada o día 15 do mes que andamos, o Partido Popular de Gondomar, por medio do voceiro do seu grupo municipal D. Carlos Silva Mariño, presenta unha moción que foi aprobada por maioría co seguinte acordo, primeiro que se leve a cabo unha modificación orzamentaria que inclúa a partida correspondente a aboar polo concello co obxectivo de complementar o importe da subvención que concede a Deputación Provincial tal e como establece o convenio, segundo, en todo caso na elaboración do vindeiro orzamento a partida correspondente a estes efectos, e terceiro, dar traslado deste acordo á Excma. Deputación de Pontevedra informándolle do compromiso do goberno con este proxecto e viabilizando a subvención correspondente a esta actuación, toda vez que ó Sr. Silva non lle abondou o compromiso municipal de aboar a cantidade correspondente en canto tivera notificación da Deputación no senso de inclusión ou aceptación da citada obra na parroquia de Chaín, é unha petición feita e aprobada por unanimidade da Corporación de Gondomar, e tendo en conta que este acordo que fixo o Sr. Silva obrigou ó concello de Gondomar a realizar un esforzo financeiro para aportar a correspondente achega e inmobilizar unha partida para o proxecto, sen que tivésemos coñecemento oficial ou oficioso por parte desta Deputación da aceptación da obra, ou da súa inclusión nalgúns dos proxectos, ou da sinatura do convenio de colaboración ou calquera outra forma xurídico-administrativa de vinculación desta administración coa devandita obra e co concello de Gondomar, e dada a relevancia de quen promoveu a obriga do concello, membro do equipo de goberno desta Deputación, e tendo en conta de que nada valerá o esforzo feito polo concello de Gondomar sen a aprobación da obra por parte desta Deputación, pois quid pro quo, propoñemos ó Pleno da Deputación Provincial o seguinte acordo: primeiro, a aprobación da obra de dotación de céspede artificial e equipamento correspondente do campo de fútbol de A Gándara, na parroquia de Chaín no concello de Gondomar e a súa inclusión no plan do 2008 da Deputación Provincial de Pontevedra, en segundo lugar que se consigne a correspondente dotación orzamentaria para facer efectivo o punto anterior; e terceiro que se lle dea traslado ó concello deste acordo e cumprimentados os trámites legais precisos se proceda á sinatura do convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial e o concello de Gondomar. Gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Pauliño, ten a palabra D. Carlos Silva. Sr. Silva Mariño.- Si, bos días a todos, moitas gracias Sr. Presidente. Simplemente dicirlle ó Sr. Pauliño que me parece que se equivoca de foro ó presentar esta moción, porque eu creo recordar ó día de hoxe que dos 52 campos de fútbol que a Deputación Provincial de Pontevedra leva construído en toda a provincia en ningún deles se chegou ó que se chegou aquí de vir a presentar unha moción a este Pleno. O concello de Gondomar o que ten que facer é o compromiso, é tomar o acordo de asinar e ter a partida correspondente da achega que lle corresponde cando se fai un convenio destas características, nada máis que isto e punto e terminado, aquí o que hai é que por parte do grupo do BNG, o grupo de goberno, un erro político grave que intentan emendar agora traendo a moción a este Pleno, é dicir, votaron en contra no Pleno do Concello, por certo, o Partido Socialista o Grupo Independente e o PP votaron en contra, e ese erro político, ese erro político que cometeron o pretenden emendar agora traendo unha moción aquí e pretendendo quedar ben cos veciños de Chaín, pois mire Sr. Pauliño creo que o foro non é este, porque repito, dos 52 campos de fútbol que se levan feito en toda a provincia, en ningún caso se chegou a esta situación, este é un tema único e exclusivo do concello de Gondomar e a Deputación incluirá o campo de fútbol de Chaín no Plan de Infraestruturas Deportivas cando teña que incluílo e punto, ademais lle digo máis, non é necesario traer a moción aquí, porque o Presidente da Deputación asinou un protocolo coa Comunidade de Montes de Vincios para trasladar o campo de fútbol de Vincios e o Concello non tivo necesidade, tampouco houbo necesidade de traer a moción aquí, repito e para rematar considero que vostedes, ó mellor mal calculado, cometeron un erro no seu momento, pero entendo que non é este o foro para debater que non é este o foro este tema que temos aquí neste momento. Sr. Presidente.- Moitas D. Carlos Silva. D. Pauliño. Sr. Del Río Iglesias.- Ben, vamos a ver Sr. Deputado do Partido Popular, ¿dixo vostede cousas interesantes, verdade?, en primeiro lugar, non hai ningún erro político que teñamos que emendar, e en segundo lugar parece que acaba de dicir vostede que esta dotación non está incluída no Plan de Obras da Deputación e que terá que seguir co seu trámite correspondente, ¡claro!, iso foi o que lle dixen eu no Pleno Sr. Silva, iso foi exactamente o que lle dixen eu no Pleno, porque dificilmente un concello pode facer unha modificación orzamentaria para facer un convenio cando para empezar non sabemos se iso está aceptado ou non, vostede acaba de dicir que non o está, e en segundo lugar ¿de que cantidade estamos falando se non hai un convenio feito?, nin está incluído, ¿pero vostede non sabe cal é a diferenza entre un compromiso de posta a disposición para cumprimentar un convenio e unha modificación orzamentaria e o que diso se deriva, evidentemente Sr. Silva, vostede tivo moita présa por facer que o concello de Gondomar tivera unha obriga cando o normal, e vostede acaba de dicilo aquí, o normal dos 54 campos ou dos 52 campos de fútbol é que se fixera os trámites que ata agora se estaban facendo, é dicir, petición á Deputación, resposta da Comisión correspondente, comunicación ó concello de turno e posta a disposición das partidas orzamentarias, isto é o que se fixo ata agora e que vostede, evidentemente, rompeu de forma unilateral, entón ó mellor vostede me pode dicir, ou rectificarse ou ratificar de que evidentemente isto que vostede no concello de Gondomar obriga ó goberno aquí nin sequera está aprobado, e vostede agora pode dicir o que queira pero o trámite, o trámite está feito como vostede dixo e vostede saltouno á toureira e non lle valeu o compromiso do goberno de dicir que evidentemente en canto a Deputación tivera aceptado esta proposta, que ó mellor podería non aceptala, xa me dirá vostede para que queren facer unha modificación orzamentaria dunha obra que non está aprobada, ¿verdade?, nese momento o concello poría a disposición todo aquilo que fixera falta, ben, gustaríanos que este argumento que vostede usou aquí o usara no concello de Gondomar ó mellor non faría falta esta moción, pero evidentemente se vostede que é membro do equipo de goberno da Deputación obriga ó concello, parece que inxusta correspondencia vostede debería dicir aquí que efectivamente a Deputación Provincial íase facer cargo da súa obra, vemos que non é así, de acordo Sr. Silva, vostede terá que ser consecuente coa súa forma de obrar, tanto nunha institución como noutra. De momento máis nada. Gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Pauliño. D. Carlos Silva. Sr. Silva Mariño.- Moi brevemente, simplemente dicirlle que o que ten que facer o concello neste caso é os deberes, e non os fixo, e non os fixo Sr. Del Río, non os fixo porque, ¿puxo a disposición os terreos?, non, ¿ten o compromiso firme da achega económica para poder levar a cabo a asignatura de desempeño?, non, polo tanto o que ten que facer o concello, o equipo de goberno é facer os deberes e logo xa se mirará se a Deputación firma ou non firma o convenio, pero en calquera caso eu voulle a dicir o mesmo, presentouse unha moción no Pleno a cal vostedes votaron e aprobouse por unanimidade a petición á Deputación para dotar de céspede artificial o campo de fútbol de Chaín, cando nós presentamos a moción no Pleno para que se tomara o acordo de asumir a achega económica correspondente para levar a cabo este tipo de convenios, para levar a cabo este tipo de convenios, vostedes votan en contra, vostedes o Bloque o equipo de goberno votan en contra, e agora traen aquí unha moción ó Pleno instando á Deputación, entendo que queda ben clariño que cometeron un erro, e intentan traelo aquí e trasladar ese erro e intentar emendalo nun foro onde dende logo non procede. Podería facer o mesmo a Deputación, fará o campo, incluirá no seu Plan de infraestruturas deportivas igual que cubriu os 52 da provincia sen necesidade de estar aquí debatendo aquí ningunha moción. Así que polo tanto considero que pola miña parte está contestado suficientemente esta moción Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Carlos Silva. Bueno, dicir, ¡ah!, ten a palabra D. Pauliño. Sr. Del Río Iglesias.- Ben, Sr. Carlos Silva, vostede pode dicir o que lle dea gana pero verba vola street a mane, e aquí está, aquí está se nós fixemos ou non fixemos os deberes, vostede o fala ..., pero aquí está negro sobre branco, e vostede pode encerellar todo o que queira, se o que non quere e dotar a este campo de fútbol de herba artificial porque hai un goberno que é doutra cor política o acaba de dicir, déixese de escusas vostede aquí o está negando, está negando a obriga da Deputación Provincial de Pontevedra cara o fútbol club de Chaín, vostede fala aquí dunha maneira e doutra do concello de Gondomar, e pode vostede falar do que queira, pode vostede recoller os documentos oficiais de si está feito ou non están feitos os deberes e da súa proposta Sr. Silva, e da súa proposta, do resto pode darlle as voltas que queira, vostedes e vostede vai votar en contra da achega da Deputación nesta instalación deportiva. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Pauliño. D. Carlos Silva. Sr. Silva Mariño.- Bueno, isto xa me parece inaudito, pero bueno, dicirme a min aquí que estou en contra de que se faga o campo de fútbol de Chaín me parece un cinismo fóra de lugar, é dicir, aquí o que estamos debatendo é algo que non tiñamos que debater, lle recordo unha vez máis que o campo de fútbol de As Cercas, se está facendo pola parte da Deputación de Pontevedra e en ningún caso se trouxo unha moción a este Pleno e o convenio co club de fútbol e coa Comunidade de Montes de Vincios, o protocolo que está firmado e asinado pola Deputación e iniciadas as obras, que por certo paralizadas, paralizadas, iniciadas as obras, está firmado sen traer ningunha moción a este Pleno, co cal queda ben clariño e no tema do campo de fútbol de Chaín exactamente o mesmo o que nós fixemos e o que fixeron vostedes, o goberno, está clariño quen está a favor e quen está a prol da obra e quen ten sombras e moitas sombras sobre a mesma, pola nosa parte está moi claro, o compromiso que temos cos veciños de Chaín en canto ó campo de fútbol, pola nosa parte, pola súa, pola parte de vostedes se que hai bastantes sombras ó respecto. Sr. Presidente.- Moitas gracias a D. Pauliño e a D. Carlos Silva, creo que non dá para máis o debate. ¡Ah bueno!, tranquilo non hai ningún problema adiante, despois fala o segundo autor, que neste caso é o Presidente. Adiante D. Pauliño. Sr. Del Río Iglesias.- Vai falar vostede, ben, espero. Sr. Presidente.- Non, non, eu vou a falar coherentemente. Sr. Del Río Iglesias.- Non, eu supoño que vostede sempre fala coherentemente, de acordo coa súa maneira de pensar como non podería ser doutra maneira. Sr. Presidente.- Con datos. Sr. Del Río Iglesias.- Os datos son moi clariños, os datos están aquí, están no expediente, están no acordo unánime da corporación de Gondomar de solicitar a inclusión e o traslado dese acordo unánime á Deputación, para empezar hai que dicir, no seu descaro que ata día, cando o seu compañeiro do seu grupo de goberno tivo a ben presentar esta modificación orzamentaria que nin sequera estaba cuantificada, iso ó mellor tamén é coherente coa súa forma de pensar, claro, e de facer as cousas. Vostedes non tiveron tempo de ó mellor, de contestar, pero claro estamos nunha época que sube a electorina e descontrola un pouco os papeis, ¿verdade?, entón Sr. Silva, vostede aquí o dixo, de momento non hai campo de fútbol de Chaín, e vostede vai a votar en contra, di primeiro, nos di primeiro que si poñemos a disposición os terreos e por outro lado di que non fai falta poñer a disposición os terreos, que se en Vincios se iniciaron unhas obras do campo de herba artificial, recórdolle por si non o sabe que ese convenio está a espera de que a Comunidade de Vincios poña a disposición os terreos para empezar, claro que non veu aquí, porque a ninguén se lle ocorreu facer cousas estrambóticas nos Plenos, así de clariño, entón vostede aquí vai a ter un voto definitorio, parece que non, porque ó mellor si diría que si, aprobábase, ¿verdade?, o seu voto en contra vai a ser, incluso aquí, definitorio, e lle recordo que no campo de fútbol de As Cercas se fixo exactamente o mesmo que lle dixo este, o goberno de Gondomar que se tiña que facer, ¡eh!, se pediu, se puxo o convenio a disposición, se mirou a cantidade e unha vez aceptada se asumiu a parte correspondente, esta non foi a súa forma de actuar, claro, daquela estaba vostede gobernando, desta están os outros, entón a partir de aí, ¿que quere que lle diga?, nós dende logo temos moi clariño que iremos hoxe a Gondomar, a non ser que a coherencia do Sr. Louzán o impida, dicindo de que a Deputación Provincial de Pontevedra negou partida para o campo de fútbol, espero que neste momento o Sr. Louzán que vai a falar a continuación miña, desminta esta impresión que agora teño, agradaríame dende logo. Gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Pauliño. Bueno, a verdade é que D. Pauliño o meteron a vostede nun importante lío, creo que non é de Gondomar senón vaise a dar a casualidade que D. Carlos Silva coñece como nadie a realidade, porque foi alcalde de alí moito tempo, gañou as eleccións, o que pasa que un pacto de goberno non lle permitiu gobernar, pero meteron a vostede nun lío importante, o meteron nun lío importante porque non quería facer esta intervención, pero bueno, vostede provocou que a teña que facer. Primeiro imos a falar do escenario, o escenario é que o Presidente do Chaín, o Sr. Deputado D. Carlos Silva, se entrevista co Presidente da Deputación, cunha presentación que era levar adiante a construción, precisamente de herba sintética nese campo, ¿verdade?, a raíz de aí, pois D. Carlos Silva presenta unha moción no Pleno da corporación de Gondomar que vostedes votaron en contra, que vostedes votaron en contra, e resulta claro, despois desa irresponsabilidade política, porque ademais o di a moción que vostedes presentan, despois desa irresponsabilidade política de quedar mal ante os veciños, e como estamos en período como vostede lle chamaba electoral moi próximo, pois din: na sesión plenaria da corporación de Gondomar celebrada o pasado 15 do mes que andamos, o Partido Popular de Gondomar por medio do voceiro do seu grupo municipal D. Carlos Silva, presenta unha moción que foi aprobada por maioría co seguinte teor. Entón vostede agora nos quere dicir que D. Carlos Silva vai a estar en contra diso, non, D. Carlos Silva foi quen veu aquí co Presidente do Gondomar ou neste caso o Chaín, perdón, e ó mesmo tempo puxo en marcha esta feliz iniciativa, pero quizá o tema non é ese, o tema é que aquí se levan, están construíndo 45 campos de fútbol de herba sintética, que por parte do grupo do Partido Socialista se pediu un informe, de a onde se habían adxudicado eses 45 campos, non houbo ningún problema, porque non actuamos con sectarismo como poden facer outros, non houbo ningún problema, se fixeron campos en todos os municipios do Partido Socialista, do Bloque Nacionalista Galego, gobernando me refiro, e do Partido Popular, non houbo ningún sectarismo, ningún tipo de sectarismo, e se o miramos incluso porcentualmente, probablemente lle demos todo un exemplo, pero se iso non fora pouco, se iso non fora pouco ó Sr. D. Carlos Silva sendo o alcalde de Gondomar, un goberno que hai agora na Xunta bipartito se chama, un convenio firmado, tiña 100 millóns de pesetas para construír unha piscina, e resulta que firmados, aprobados e acordados, e van e lle comunican que eses 100 millóns de pesetas non se lles conceden para construír a piscina de Gondomar, coa piscina, coa piscina en proceso de licitación, nada máis e nada menos, nada máis e nada menos, entón bueno, pois D. Carlos Silva e os veciños de Gondomar se ven, precisamente, pois cunha iniciativa truncada, despois de firmar un compromiso público, e resulta que sae a Deputación, precisamente para salvar esa situación, cuestión que vostedes levan 10 meses no goberno, bueno non sei se se chama goberno a aquilo, porque é así unha cousa rara, está gobernando o Bloque, o PSOE non ó apoia, ou sexa así rara, non sei se se pode chamar goberno, non sei que é aquilo, unha cousa así rara, entón ó final levan 10 meses no goberno e non saben que facer, claro non fan nin a piscina que estaba adxudicada, ou sexa, un verdadeiro desastre e ó mesmo tempo pois lle recordo que a Deputación de Pontevedra está facendo un campo de herba sintética neste momento en Gondomar, segundo o que D. Carlos Silva e quen lle fala firmou un convenio para facer un campo de fútbol en Vincios, firmou un convenio que vostedes pola súa incapacidade unha vez máis, me refiro a vostedes que gobernan na Xunta de Galicia, teñen responsabilidade, pois non foron capaces de desatascar este tema porque está pendente dunha aprobación urbanística, ¿se dá conta?, e firmamos o alcalde e máis eu para construír ese en Vincios, e vostedes agora pois como se quedaron en fora de xogo de todo, dixeron, oe, temos que urxentemente presentar unha moción na Deputación para dicir que nós somos os valedores de construír o campo de Chaín, porque senón a ver como lle explicamos nós á xente que nos quedamos en fóra de xogo, a ver como llo explicamos, pero se a súa responsabilidade fora tal, pois é que non son nin coherentes, porque ¿sabe como actúa o Sr. Quintana?, Sr. Pauliño, ¿sabe como actúa o Sr. Quintana?, o Sr. Quintana lle di ós concellos para adherirse ó consorcio, ¿sabe como funciona?, é que tiña a palabra é inaudito, ¿sabe como funciona?, concello que queira entrar no Consorcio de Servizos Sociais, mándeme vostede o acordo de adhesión, e vostede aquí me vén a plantexar unha cousa ó revés, ou sexa que sexamos nós os que aprobemos para que despois sexa o concello de Gondomar quen dalgunha maneira aprobe, a ver ¿como se entende iso D. Pauliño?, o sexa o seu partido político actúa dunha maneira distinta e vostede aquí nos plantexa unha cousa ó revés do que está pedindo o seu partido político ós alcaldes da provincia de Pontevedra, a ver ¿como é iso?, tense que explicar, é que o meteron a vostede nun verdadeiro, de verdade, nun verdadeiro lío. Consorcio de Servizos Sociais, Pleno do municipio de non sei onde, acordo do concello para adhesión para ese magno programa do Sr. Quintana, primeiro ten o concello que adherirse, que adherirse, que non se sabe nin moito a que, nin se llo van a facer nin se non llo van a facer, ou sexa todo iso, cando no caso da Deputación cando se refire ós campos de fútbol nós temos un Plan clariño e concreto, claro e concreto que son financiamento 75% a Deputación e 25% os concellos, ¿eh?, polo tanto, é que vostede D. Pauliño hoxe o meteron nun verdadeiro verengenal, claro porque xa digo ten razón D. Carlos que isto é algo inaudito, que fixera este planteamento aquí para que despois salga vostede aquí do Pleno dicindo que D. Carlos Silva votou en contra dunha moción a raíz do que presentou o Partido Popular en Gondomar para construír un campo de fútbol en Chaín, a demagoxia chega a tal extremo que vostede é capaz de chegar alí a Gondomar e dicir: non, mire D. Carlos Silva votou en contra da construción do campo de fútbol de Chaín, cando vostedes son tan irresponsables que non foron capaces de desenmarañar o problema do campo de fútbol que imos a construír en Vincios, non rematamos o que estamos a construír aínda, de herba sintética, non foron capaces, a pesar de que o goberno que vostedes comparten na Xunta de Galicia lle retirou 100 millóns de pesetas para construír a piscina e despois ten que vir a Deputación a salvar a situación, e vostedes 10 meses despois non son capaces de resolver unha obra que está adxudicada, unha obra que ten adxudicada o concello de Gondomar, D. Pauliño, o que hai que ser é un pouco responsable, porque independentemente de que en política se pode dicir a veces aquilo de que vale todo, todo non vale, e cando dalgunha maneira lle metan nun embolado como este, pois primeiro infórmese ben sobre a situación de Gondomar, que eu a coñezo, mellor que a min a coñece, evidentemente o que foi alcalde deste concello por suposto, pero eu tamén a coñezo ben, ¿eh?, por iso que me parece unha moi, moi grave irresponsabilidade pola súa parte facer un plantexamento deste tipo, porque ademais só con ler a moción xa se describe todo o que pasou alí, e ó mesmo tempo vostede debe saber como funciona esta Casa porque xa leva uns meses aquí en relación a esa cuestión en concreto, a ese tema que por certo é todo un exemplo, ogallá funcionen así outras institucións como está funcionando a Deputación de Pontevedra, concretamente, precisamente na construción destas infraestruturas deportivas que por certo son referencia non só en Galicia, senón fóra de Galicia, e tamén por certo nos copian outras Deputacións do cal persoalmente me alegro. Sr. D. Pauliño, creo que lle quedou perfectamente claro, coherencia, evidencia e incongruencia pola súa parte en relación a esta proposta, pero bueno lle vou a dar a palabra para que vostede poida engadir o que vostede crea que considere oportuno, que non creo que lle quede moito, pero bueno adiante. Sr. Del Río Iglesias.- ¡Carai, Sr. Louzán!, vinte minutos para dicir non imos a facer o campo de Chaín, vinte minutos, falou vostede, tómeo con calma, respecte o turno de palabra como eu fixen, xa sei que nalgunhas cousas estará de acordo e noutras non, pero hai que ter un certo autocontrol, vamos a ver, eu a verdade Sr. Silva eu pensei que vostede se defendía por si mesmo, parece ser que non, ten que vir aquí o Sr. Louzán a defendelo, debe de ser porque o coñecen en Gondomar, como o coñecen tan ben en Gondomar ten que vir aquí o Sr. Louzán a votarlle un capote que se diría, pois estamos ben, carai a piscina, a pasaxe, non sei, o consorcio, falou vostede de tropecentos temas, ¿para que?, para non falar do que temos que tratar aquí, que vostedes non van facer o campo de herba de Chaín e nin sequera me vou molestar nese comentario, que supoño que non é intencionado Sr. Louzán, de se son ou non son de Gondomar, carai, carai, espero que a continuación non me fale un conto, ¿verdade?, porque hai historias e tal como está neste momento o seu partido neste respecto, pois que facer distingos pola procedencia das persoas, ¿non imos a ir máis alá verdade?, nin eu vou querer sacar de tono este debate, entón vamos, como que non o oín, nin lle vou contestar evidentemente, o tema da piscina. Sr. Presidente.- Pois me gustaría que me contestara, porque é bo que conteste. Sr. Del Río Iglesias.- Pois encantado Sr. Louzán, encantado. En Gondomar se perderon 720.000 € polo incumprimento dese señor que ten vostede aí, que é especialista en incumprir e en votar as subvencións pola borda, podemos falar dos 720.000 € da piscina, pero podemos falar dos dous millóns das antigas pesetas polo tema do saneamento, etc., etc., claro cando un fai uns compromisos ten que ser consecuente, e cando ten o inicio dunha obra hai que facelo, home o primeiro ano igual non, e o segundo igual tampouco pero o terceiro hai que empezar esa obra porque ó mellor hai outros concellos que necesitan eses cartos, home eu creo que xa temos de abondo co que temos para meternos nese tema. Xa que coñece tan ben a realidade de Gondomar, que eu non llo vou a negar, non vou a entrar a ser mestre de ninguén, pois evidentemente creo que está a disposición a documentación para ver como foi ese tema, o conto é que perdeu unha subvención por falla de xestión, home no tema da pasaxe Sr. Louzán hai aí un polígono industrial, o motor industrial de Gondomar, vostedes gobernaron en Gondomar durante vinte anos e ese polígono está a día de hoxe ilegal, funcionando dende 1980, vostedes en 20 anos non foron quen de legalizar, e agora nós estamos nese proceso, claro votarlle a culpa tamén a este goberno raro que vostede di, home é raro porque xa sabemos que a dereita ten o poder divino de gobernar e o resto somos usurpadores, xa o sabemos Sr. Louzán, xa o sabemos. Pero este goberno raro pois vai facendo cousas e unha delas vai a ser legalizar un polígono no que vostedes en vinte anos non foron quen de facelo, pero bueno, non pasa nada, entón vamos ó conto Sr. Louzán, o conto é que falamos moito para evitar dicir que votamos en contra, falou vostede do campo que se está facendo agora pola Deputación Provincial, evidentemente, fíxese vostede, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do día 17 de xaneiro de 2006 acordouse, o goberno municipal de Gondomar, unha vez adherido o convenio de colaboración, aportar as seguintes obrigas, unha vez feito os deberes non agora, por certo vostede que é tan coñecedor da situación de Gondomar direille que a moción aprobada por unanimidade para dotar este campo de herba artificial non foi do PP, foi de Move Gondomar, home non me poña cara rara vostede que é tan coñecedor da situación de Gondomar, esa moción foi de Move Gondomar non do PP, foi aprobada por todos os grupos políticos, a moción o que foi, foi unha metedura de pata de intentar de facer unha obriga económica ó concello cando non tiña nin pes nin cabeza, cando había que esperar ó que dixeran vostedes, cando había que seguir o conduto regulamentario, cando había que facer as cousas como se estaban facendo, ben despois de todo isto, era para puntualizarlle isto, e verdade, claro que nós tiñamos claro que de aquí íamos a saír cunha negativa, evidentemente, evidentemente e iso hai que dicirllo ós veciños, claro que hai que dicirllo que onde vostedes obrigaron ó concello a unha obriga económica como é unha modificación orzamentaria que ten obrigas económicas e efectos xurídicos administrativos, vostedes aquí negaron esa posibilidade, supoño que vostede que é tan coñecedor da situación de Gondomar irá alí ós veciños de Chaín e explicarallo, pero o resultado disto é que de hoxe sairemos cun non do Partido Popular. Gracias Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Pauliño. Ten a palabra por alusións D. Carlos Silva. Sr. Silva Mariño.- Evidentemente o Sr. Del Río viña buscando un titular do día de hoxe, e xa o ten, xa ten o titular, non se vai a facer o campo de fútbol de Chaín, bueno pois eu voulle a dicir que vai mal por aí. Logo fixo aquí un par de afirmacións, fixo un par de afirmacións que así dun xeito moi resumido, pero bueno como son, unha delas sobre todo é bastante grave, quero deixala ben clara, que é o tema da xustificación, por parte de vostedes, política, da perda da subvención dos 700.000 € da piscina, ¿sabes por que os perdemos Sr. Del Río?, por culpa do seu partido político, ¿e sabe por que?, curiosamente llo vou a dicir, tardaron oito meses en darnos un informe de patrimonio e dérono cando lle fixemos un requirimento xudicial para que emitiran ese informe, porque era ilegal o que estaban facendo, entón se emitiu un informe co cal a primeira certificación non nos deu tempo a facela no prazo correspondente, e non conformes con iso como non se puido facer a primeira certificación na data, nos suprimiron os tres anos restantes do convenio, por certo, teño entendido que no concello de Pontevedra nalgúns casos parecidos se suprimiu a primeira subvención do primeiro ano, ou sexa a primeira certificación pero se respectaron as outras, sen embargo en Gondomar, en Gondomar dunha maneira sectaria, evidentemente, se cargaron o convenio, totalmente 720.000 €, sen despeinarse, así claramente, pero recórdolle que o seu partido, o Bloque Nacionalista Galego que goberna na Xunta, que patrimonio depende deles, tardou 8 meses en darnos o informe, deliberadamente ademais, precisamente para cargarse a obra, e ademais voulle a dicir máis, e o tempo nos está dando a razón, porque resulta que neste momento levan vostedes dez meses con esa obra adxudicada e non a fixeron, e no a puxeron en marcha aínda, co cal quero pensar que non teñen ningún interese en absoluto en executar unha obra tan importante para o concello de Gondomar. E de saneamento, xa que fala de saneamento recórdolle tamén que a Consellería de Medio Rural tumbounos un convenio de 200.000 € que había para saneamento asinado ademais, asinado e con consignación e a Consellería de Medio Rural tumbou ese convenio de 200.000 € que había para facer o saneamento en Gondomar, en Caside e máis nas Gracias, esa é a vontade, esa é a xestión que practican vostedes, iso é o sectarismo puro e duro, puro é duro. Moitas gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Carlos Silva. A verdade é que o D. Pauliño é doutro partido, ou non se entera D. Pauliño, é que non se entera, é que agora estamos construíndo en Porriño cun goberno nacionalista como vostedes lles gusta chamar, pois un campo de herba sintética non fixo falta, non houbo ningún tipo de moción para presentar nin cousa parecida, no caso de Poio tampouco fixo falta ningún tipo de moción nin cousa parecida, entón eu creo que non se entera D. Pauliño, a verdade é que non se entera. E si fora pouco eu lle preguntaría ¿e o seu partido que ten responsabilidades en deporte que fixo na provincia de Pontevedra en instalacións deportivas?, ¿que fixo?, dígame unha, unha instalación deportiva na provincia de Pontevedra que fixera a Dirección Xeral para o Deporte, unha soa, non lle pido moito, unha soa, nós 45 deste tipo, 45 máis sete, cincuenta e dúas, ¡ah! que van a Cuba a gastar algún diñeiro, algún diñeiro que parece ser que era unha cantidade menor di a Conselleira, pero D. Pauliño sexamos un pouco razoables e serios, demagogos sobran, demagogos sobran, ¡eh!, polo tanto eu que o que teño que dicirlle é que o Sr. Silva é unha persoa seria e responsable, probablemente xa llo digo con claridade, probablemente se fose eu e llo teño comentado algunha vez, o campo que estamos construíndo neste momento, leva un ano de retraso, porque vostedes dende a Dirección Xeral de Patrimonio o bloquearon, eu o houbera feito igual e houbéranme enfrontado con vostedes a ver se tiñan o que hai que ter a paralo, eu non houbera esperado 12 meses a que me deran un informe de patrimonio, non houbera esperado se a decisión fóra miña, pero a decisión foi do Alcalde que é moi respectuoso cos informes, houbera dalgunha maneira tirado para adiante, porque é inxustificable que tarden 12 meses para contestar se se pode facer un campo de fútbol, que dalgunha maneira creo que non prexudica a nadie, á parte habería que ver que tipos de problemas arqueolóxicos pode ter aquela construción, pero iso sería outra cuestión a debate e non precisamente esta, ¿non?. E á parte parece que o Sr. D. Pauliño dicía que perdeu subvencións o concello, D. Pauliño ¿vostede se acorda de Medio Rural?, Medio Rural, un convenio asinado co anterior goberno e chegou Medio Rural e lle dixo se retira todo iso, convenios asinados co anterior goberno da Xunta, se recorda iso, ¿verdade?, quere que lle nombre concello a concello o que lle retiraron de subvencións, ¿quere que llo nombre?. D. Pauliño sexa responsable, e ¿sabe unha cousa?, o Partido Popular, un goberno do Partido Popular da Deputación de Pontevedra vai a construír o campo de fútbol de Chaín, pero non o vai a construír un goberno do Bloque porque na provincia de Pontevedra un goberno como o seu do Bloque da Xunta de Galicia non construíu nin unha soa, nin unha soa infraestrutura deportiva en toda a provincia, que é vergonzoso e lamentable que en tres anos, en tres anos do goberno da Xunta de Galicia, non foran capaces de construír nin unha soa infraestrutura deportiva dalgunha maneira de certa relevancia para a provincia, si que gastan moito diñeiro, evidentemente en facer un partido con España, con Camerún ou Guinea ou algo así, que xa me dirán vostedes para que vale todo iso, ou se van a Cuba e se gastan 1,3 millóns de euros, que se saiba de momento, de momento e me parece que foron 150 correligionarios, vamos a enterarnos ben, porque eu creo que foron algúns máis, foron máis. Vostede imaxínese que foran os do PP, se foran cinco sós ou foran 150, a que armaríamos ó día seguinte, pero dixo a Sra. Bugallo, a Conselleira, nos dixo que se venderon 6.000 libros en Galego en La Habana, en La Habana, se foi a facer un negocio tremendo, porque ademais en La Habana están nunha situación económica boiante, ¿verdade D. Pauliño?, pero como o meten a vostede en semellante lío como este, ¿como o meten nun lío como este?, é que claro ó ter responsabilidades de goberno pasan estas cousas, eu o que lle pido é que ante todo teña un pouquiño de seriedade, de seriedade, e pode levarlle o recado, pode levarlle o recado, ós que lle crean, que creo que son poucos os que lle creen, que se un goberno do Partido Popular vai a construír o campo de fútbol de Chaín, non o vai a facer un goberno do Bloque, porque non fixo nada, nin está facendo nada, o único que fixo ¿sabe que foi?, que un partido gañou as eleccións e outros se puxeron de acordo despois de perder as eleccións para que o Partido Popular non gobernase, esa foi a única diferenza D. Pauliño, esa é a única diferenza real, en 10 meses ¿que houbo en Gondomar?, pois o modelo, dalgunha maneira da confrontación de non atender ós veciños, da irresponsabilidade, en definitiva de non facer absolutamente nada, e non foron capaces nin de resolver o da piscina, que supoño que evidentemente xa queremos entender que non se fará, por suposto, porque non teñen ningún tipo de interese en resolver as cuestións máis que sentarse no sillón do poder, e esa é a triste realidade D. Pauliño, é a triste, sinto que un debate como este que non tiña, pois dalgunha maneira que durar tanto, no tempo me refiro, pois nos leve a ter que sacarlle as cores en toda esta circunstancia, porque o meteron, a verdade nun verdadeiro berengenal, nun verdadeiro berengenal, cando veña noutra ocasión nunha cousa como esta, porque eu entendo que vostede, pois vostede é unha persoa razoable e sensata pero que non lle metan nun lío como este, ti deféndeme alí, ti deféndeme na Deputación que o Bloque Nacionalista Galego é o que defende construír o campo de fútbol de Chaín, e ¿como vai a explicar iso D. Pauliño?, ¿como vai a explicar iso?, sabendo ademais, ou sexa vostedes din unha cousa e fan a contraria, vostedes fan unha cousa e din a contraria, sexamos minimamente responsables e non caiamos precisamente en tentacións absurdas, creo que está dito, non sei se ten algo que engadir. Bueno adiante D. Pauliño. Sr. Del Río Iglesias.- Bueno non sei Sr. D. Carlos Silva, que ... vexo que seguimos nas mesmas, eu simplemente para rematar, ¿van vostedes a aprobar esta moción?, a resposta é, parece ser non, non hai máis que dicir, non gaste tanta saliba Sr. Louzán, ¿van vostedes a apoiar a construción do campo de herba artificial de Chaín, apoiando esta moción?. A resposta parece ser que vai a ser non. Gracias Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Moitas gracias, D. Pauliño. Eu creo que desta vez vai a ir escarmentado para que noutra ocasión non lle metan o tomate como este, que non lle metan outro tomate como este para que dalgunha maneira D. Pauliño non vale todo, non vale todo, infórmese ben e a partir de aí esta institución vai a ser seria, responsable e cumprir os seus compromisos. Votamos entonces a moción do Bloque Nacionalista Galego. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción presentada polo Deputado D. Pauliño Damián del Río Iglesias, relativa á dotación de céspede artificial e equipamento no campo de fútbol da Gándara en Chaín (Gondomar). 10.5661.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario. Si. Sr. Secretario.- Dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 22 de xaneiro e o 23 de febreiro. Queda enterado o Pleno da seguinte: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 22 de xaneiro e 23 de febreiro do ano 2008 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, adoptáronse os seguintes acordos: 11.5662.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE SUPRESIÓN DA TARIFA ELÉCTRICA NOCTURNA NACIONALISTA GALEGO EN RELACIÓN COA Sr. Presidente.- Bueno, vamos a comezar por unhas mocións que están fóra da orde do día, votaremos a súa urxencia en relación, primeira Moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego sobre a supresión da tarifa eléctrica nocturna. Ten a palabra neste caso o Portavoz do Bloque Nacionalista Galego Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, creo que é coñecido o asunto, pero antes de nada, antes de nada me gustaría resaltar un asunto que pode parecer baladí pero que xa non é a primeira vez que sae e que lle pediría ó Sr. Presidente que o arranxe rápido e ben, porque está creando problemas. Esta moción entrou onte no Rexistro da Deputación, onte si, 28 de febreiro, e se ve o carimbo pon Deputación Provincial de Pontevedra, abaixo, Rexistro de Entrada, pon 28 de febreiro de 2006. Perdón. Sr. Presidente.- A miña pon 2008. O orixinal que eu teño aquí pon 2008. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, pois iso, ou sexa, que un, pois aínda peor, un pon 2008 e outro 2006, a copia que nos deron a nós, a copia orixinal, aquí está, pon 2006. Bueno, quero dicir que corrixir, é unha incidencia, digo, o Rexistro de Entrada do orixinal, pero sabes que a copia grápase, non. Sr. Presidente.- Pero o orixinal está aquí. Sr. Mosquera Lorenzo.- ... pero a ver, a ver, pero a un cidadán se lle fan o mesmo se vai co Rexistro de Entrada na súa copia para a casa con dous anos de retraso. Sr. Presidente.- Home, de momento nadie me. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, é igual, xa está, está aquí, está aquí con tinta orixinal. Sr. Presidente.- Aquí está o orixinal. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno, vale, alégrome de que o orixinal estea ben, pero eu dixen que a copia, dixen que a copia de entrada está aquí, con tinta orixinal do Rexistro. Sr. Presidente.- Vostede ten a copia, a tinta orixinal está aquí. Este ten unha tinta azul. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver señor, mire, cando alguén vén a Rexistro, lle recordamos porque o Sr. Presidente ás veces ten algún lapsus, cando alguén vén a Rexistro resulta que trae un orixinal e unha copia, se lle cuña o orixinal co Rexistro de entrada que queda aquí e a copia se lle cuña tamén. Bueno, esta é a copia cuñada no Rexistro onte, esta, é nosa, se a presentamos nós a copia levámola nós, verdade, bueno, pois a copia está aquí, está aquí e pon 2006. Sr. Presidente.- Vale, vale. Eu sei que o seu comentario vén con boa intención no sentido de que calquera cidadán que presente un escrito pois que non pase iso, eu no caso meu está perfectamente correcto, de acordo, pero agradezo a súa intervención, advertencia e, etc. Sr. Mosquera Lorenzo.- Todo está perfecto nesta casa, ata con cuño exacto está perfecto, ten unha participación sempre brillante, non, pero con xustificación ou sen ela corríxaa. Ben, Sr. Presidente, isto parece, isto está collendo cada vez, eu admírome tamén na deriva do Partido Popular que de ser un partido ponderado, de orde, centrista e demais, como o están acusando, tivo unha deriva para un lado así moi acentuada a cuestións, verdade, de autoritarismo, dereito puro e duro, agora quere corrixilo e que nos converta os Plenos en asemblearios, nos interrompemos, nos falamos, fálase vinte veces e tal, que é o novo tema, eu creo que non hai que chegar a tales extremos, simplemente con ponderación, moderación, orde, sen esaxeración, creo que irían bastante mellor os Plenos e bastante mellor a imaxe desta Deputación. Ben, deixando isto vamos ó asunto que vemos que é un problema xeral en todo o Estado, pero que é un problema agravado especialmente en Galiza, tanto este como o de correos porque, bueno, polas especialidades que constan na Moción, pois a porcentaxe maior de usuarios da chamada tarifa nocturna pois dase en Galiza, polo menos das máis altas. E isto hai tempo que se vén xestando, pero, non sabemos se terá solución ou non, pero cando menos, cando menos creo que todas as institucións e todas as persoas que teñen un mínimo de sensibilidade con ese famoso marco xurídico de regulación do mercado, os dereitos dos usuarios desas empresas, isto raia un pelín o escandaloso. Ou sexa, estamos durante vinte e tantos anos “subscríbase vostede á tarifa nocturna” porque non sei que maravillas ten, e non sei que maravillas se pode facer con ela, competindo con outras, con outro tipo de enerxías, e de repente pois resulta que desaparecen e punto, como se un contrata, non sei, gas propano e despois de repente non lle serve, cousas polo estilo. Neste caso pode servirse pero cuns custes e demais e con custes tanto de adaptación como de tarifa francamente abusivos e que non lle topamos, por moita xustificación que se dera no seu momento, non lle topamos ningún argumento. É evidente que isto é reiterado, incluso pode ser digamos, pode parecer baladí porque xa foi aprobado en moitos concellos, foi aprobada no Parlamento, se non me engano, no Parlamento Galego foi aprobada por unanimidade, foi aprobada en moitos sitios, pero creo que todo o que se poida facer para corrixir unha situación deste tipo, corrixila agora, que parece ser que se vai a poñer en marcha, pois facelo e incluso que se saiba para futuras decisións, que agardemos que non se tomen deste tipo en calquera outro ámbito, pois que a reacción das institucións, dos partidos políticos e da sociedade pois vai ser francamente firme porque isto poderíase catalogar facilmente na categoría de atropello, na categoría de atropello sen temor a ningunha esaxeración. Moitas gracias, creo que o asunto está o suficientemente explicado e coñecido e non queremos prolongar o debate. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto á votación da urxencia da mesma. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Ten a palabra o Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, é certo que o da supresión da tarifa nocturna é unha mágoa para todo o territorio español pero especialmente para Galicia, porque no seu momento as eléctricas a verdade é que fixeron unha campaña tremenda, eu vivino no meu pobo, onde se invitou a empresarios, a promotores, construtores, presidentes de cooperativas, de asociacións, etc., e fíxose un despregue tremendo, incluso con datos obxectivos segundo eles demostrando que coa tarifa nocturna naquel momento podía saír máis barata a calefacción da túa casa que se a facías con gasóleo ou con gas. Ben, éramos escépticos, moitos, e moitos de nós pois picamos, porque nos pareceu que era razoable e sobre todo era máis limpa, non como enerxía limpa senón que parecía que era cómoda cando menos. Moitos promotores fixeron as súas vivendas, non puxeron as antigas instalacións, as que tiñan en proxecto e meteron directamente a tarifa nocturna. E nas zonas como pode ser o norte de Pontevedra, onde hai máis frío, non se lle fixo tanto caso porque obviamente non facía, son zonas máis frías e polo tanto necesitan máis poder calorífico as vivendas, pero si noutras zonas de Galicia onde o clima é un pouquiño máis benigno que o interior, si se lle fixo bastante caso. O que é certo é que despois dunha campaña, que en Galicia foi especialmente incisiva por mor de que Unión Fenosa tiña moita enerxía acumulada da noite e non sabía que facer con ela, porque as dúas térmicas que temos sabedes que se poden ralentizar pero non se poden apagar, teñen que estar producindo constantemente, teñen que ter a cabeza quente para nun momento determinado pois poder disparar a produción, e de noite non sabían que facer con ela e entón entre os alumeados dos concellos e a tarifa nocturna das vivendas pois dábanlle saída a iso. ¿Que ocorre?, como era unha enerxía máis barata ó final pois resulta que de noite xa non chega ter as súas máquinas por así dicilo en stanbay senón que teñen que estar producindo os custes da tarifa nocturna. E a partires de agora, claro, pactan co Estado, neste caso co goberno da nación, unhas medidas que os favorecen a eles e unha vez máis pois prexudican ós usuarios. Nós en xeral estamos de acordo con esta Moción que presenta o BNG, agora ben, o BNG ás veces dá a sensación de que lle gusta estar na misa e máis repinicando ó mesmo tempo e iso é difícil porque eu recórdome que apoiaron os orzamentos do ano 2008 e se mal non recordo na Lei de acompañamento ían claras medidas que ían a “favorecer” ás eléctricas e esta é unha delas. Polo tanto, vostedes apoiaron os orzamentos do 2008 e a Lei de acompañamento dos mesmos, así que aínda que especificamente non matizara o tema da tarifa nocturna si que quedaba claro de que no tema enerxético, de que había que arranxar unhas cousiñas, entre elas isto, e iso realmente é o problema. Nós parécenos ben en resume a Moción, de demandar ó Ministerio de Industria, pero tamén nos gustaría que tamén se demandase, que a Consellería de Industria, que xa se posicionou en contra, é certo, pero que faga algo máis, nós pediriámoslle ó BNG que aceptara aquí un terceiro punto onde puxeramos pois o mesmo, solicitar á Xunta de Galicia a adopción dos mecanismos oportunos para minimizar o impacto económico que supoña na economía doméstica. Con esa engádega á vosa Moción e máis ó mesmo tempo que ela fixera forza perante o Ministerio de Industria, que xa a fixo, que xa se manifestou publicamente en contra, pero claro manifestouse publicamente en contra coa boca pequena, eu creo que o ten que facer con máis forza e nós instar á Xunta de Galicia como máximo órgano representativo do Goberno Galego, creo que non sobra de que a Xunta presione, dende logo máis que a Deputación pode facelo, a Deputación ímonos dirixir ó Ministerio, pero tamén a Xunta de Galicia o feito de que as Corporacións Locais lle insistamos poida facer máis forza para que o Ministerio non cometa este erro. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Bueno, como ademais o Bloque forma parte do Goberno supoño que algo poderá facer aí, ¿verdade Sr. Mosquera?. Ten vostede a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Está moi locuaz, realmente locuaz. Non, eu só quería dicir dúas cousas, que se acepta pola nosa parte ese terceiro punto, e por outro lado agradecer ó Sr. Crespo e tamén agora ó Sr. Louzán, pois esa suposta capacidade que podía ter o BNG para modificar algo que vén dende hai moito tempo, que está pactado en moi altas instancias e que repita tantas veces isto de máis forte, está facendo campaña a favor do BNG, está pedindo o voto, cousa que lle agradecemos porque se con dous Deputados se logra con máis forza faríamos maravillas. Gracias. Non merece máis debate. Sr. Presidente.- A verdade é que, Sr. Mosquera, xa que tiveron capacidade de non reprobar á Sra. Dona Magdalena Alvárez, supoño que para isto, para defender os intereses dos galegos como vostedes, dalgunha maneira sen vostedes non se defenden os intereses, entón, ¿van a deixar a 165.000 familias pasando frío?, van a deixar a 165.000 familias pasando frío, é que iso a verdade é que é unha cousa curiosa. Agora o problema é que teñen responsabilidades de goberno e sen embargo non deciden nada, queren decidir en Madrid pero cando lle toca decidir non deciden nada, só deciden salvarlle a cabeza, neste caso política me refiro, á Sra. Dona Magdalena Alvárez. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Sr. Mosquera, teñen unha solución fácil e é que saben que o Ministerio de Industria se algo non nos dá facilidades é a Consellería de Industria do Goberno Galego, tiñamos que ter 6.500 megavatios de potencia eólica e temos só 4.500, estannos poñendo trabas en Madrid, oe, pois dentro desas transacionales que haberá que facer que negocien unha da tarifa nocturna e xa está, unha máis, non pasa nada. Sr. Presidente.- Bueno, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Crespo. É que está claro, máis forza para poder conseguir todas esas cousas, claro, claro, se o está dicindo, agradézollo moitísimo, que pena que non haxa público para poder dar estas mensaxes tan claras e tan nítidas. Sr. Presidente.- Moi ben Sr. Mosquera. A verdade a forza súa é pouco efectiva, ou a do seu partido, para ese tema. Vamos a proceder, ¡ah!, Dona Isaura pediu a palabra, perdón. Adiante, a ver se vai o aparato. Sra. Abelairas Rodríguez.- Non, retiro a palabra porque case non merece a pena entrar nese tipo de debate. Sr. Presidente.- Pois polo tanto procedemos á votación sobre un tema que eu creo que é de transcendencia para esas familias de Galicia e tamén da provincia de Pontevedra que se ven afectadas precisamente por ese problema, con esa engádega do Partido Popular. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego en relación coa supresión da tarifa eléctrica nocturna engadindo un terceiro punto a proposta do Grupo Provincial do Partido Popular e quedando a mesma como segue: “MOCIÓN SOBRE A SUPRESIÓN DA TARIFA ELÉCTRICA NOCTURNA” EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Dende o ano 1983 estableceuse, no Estado Español, a denominada Tarifa Eléctrica 2.0N (coñecida como Tarifa Nocturna). Esta tarifa basease na filosofía de primar o consumo nas horas nocturnas, onde a potencia consumida no conxunto do sistema eléctrico é menor. Esta tarifa ten un desconto do 55% nas horas nocturnas e un recargo do 3% nas horas centrais do día. E favorece o consumo de determinados electrodomésticos, como son: acumuladores, lavadoras, lavalouzas, quentadores de auga, etc., que se poden usar de noite. A tarifa nocturna busca un consumo enerxético máis responsable e solidario, e obrigou á instalación nos fogares de determinados equipamentos, cun elevado custe de investimento, como foron os acumuladores eléctricos. O termo de potencia contratada, que é un concepto fixo, na factura eléctrica, estímase en 5,3 Kw de media para os clientes desta tarifa. Actualmente no Estado hai, aproximadamente, 1 millón de clientes desta tarifa; no caso de Galiza, debido á súa climatoloxía que obriga ao uso dun sistema de calefacción eficiente, temos uns 160.000 usuarios/as, é dicir, o 16% do conxunto do Estado. A tarifa nocturna mantívose sen modificacións dende o ano 1983 até o ano 2006, no que xa non permitiu novas altas baixo esta tarifa, mais o cambio fundamental está en que “Os/As consumidores/as acollidos/as a esta tarifa (tarifa nocturna) deberán comunicar á empresa distribuidora, antes do 1 de xullo de 2008, a nova tarifa á que desexen acollerse. Unha vez transcorrido o prazo, sen que o/a cliente solicite as novas condicións do contrato, a compañía distribuidora aplicará automaticamente outras tarifas de acordo coa potencia contratada”. É dicir, a partires do 1 de xullo do 2008, desaparece a Tarifa Nocturna. Con este Real Decreto obrígase aos/ás clientes con esta tarifa a contratar unha nova potencia, superior á que tiñan no consumo das horas punta e a un incremento do prezo sobre o consumo que tiñan nas horas punta, xa que pasan dun recargo do 3% a un 35%. En conxunto o incremento que poden padecer, na factura eléctrica, pode chegar ao 49%. Na nova Orde de Tarifas Eléctricas existe a nova Tarifa de Discriminación Horaria, mais, para acollerse a esta nova tarifa os/as usuarios/as de Tarifa Nocturna deben asumir integramente os custes do cambio, que son cantidades importantes e que están estimadas entre 400 e 500 euros por cliente. Uns 200 euros se gastarán no cambio de limitadores de potencia e outros 200 ou 300 euros, na adaptación dos sistemas de calefacción, que deberán cambiar as actuais resistencias por outras de menor potencia, ou ben, establecer dous circuítos de calefacción independentes entre si. Asemade, unha vez realizadas as modificacións precisas, na nova Tarifa de Discriminación Horaria, haberá que pagar por un maior incremento da potencia contratada, que é unha parte fixa da factura eléctrica. Isto terá un efecto especialmente negativo en Galiza, pois haberá que contratar unha potencia que se emprega fundamentalmente no inverno (polos acumuladores eléctricos), e se continúa pagando na primavera e no verán, cando non se necesita tanta potencia; isto coa Tarifa Nocturna non pasaba. Como vemos, esta nova regulación das tarifas eléctricas, vai supor un importante gasto nas economías familiares e nos establecementos comerciais adheridos a este sistema; asemade o Goberno do Estado non contempla, na nova regulación, ningunha medida de compensación, nin reparte cargas entre usuarios/as e empresas distribuidoras que, en definitiva, serán as grandes beneficiarias. Por este motivo, o grupo provincial do BNG solicita a aprobación polo Pleno da Deputación de Pontevedra do seguinte ACORDO 1.- Demandar do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio o mantemento dunha tarifa con características semellantes á nocturna. 2.- En todo caso, dentro da previsíbel desaparición do actual sistema tarifario, demandamos do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a gratuidade do cambio de limitadores, así como a creación de liñas de subvención para os custes de adaptación dos equipamentos das vivendas de usuarios/as e dos establecementos comerciais de Tarifa Nocturna que desexen acollerse á Tarifa con Discriminación Horaria. 3.- Solicitar da Xunta de Galicia a adopción dos mecanismos oportunos para minimizar o impacto económico que suporá para as economías domésticas a devandita adaptación tarifaria. 4.- Enviar o presente acordo ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. 12.5663.- MOCIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS POLÍTICOS DA DEPUTACIÓN CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA Sr. Presidente.- Temos dúas ou tres máis. Vamos a coller outra do Partido Socialista, Moción do Grupo Provincial Socialista con motivo da conmemoración do día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Ten a palabra Dona Isaura Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Ben, agora si. En aras de evitar os posibles desacordos do debate que nos sería favorable para as mulleres neste caso, simplemente vou a ler a proposta de acordo. O Grupo Provincial Socialista da Deputación de Pontevedra presenta a seguinte Moción para a súa consideración e aceptación polo Pleno dos seguintes acordos: Contribuír á aplicación e desenvolvemento da Lei de Igualdade Efectiva de mulleres e homes ó través dos seguintes compromisos: Acadar a participación das mulleres na toma de decisións sobre asuntos que interesan a toda a cidadanía. Erradicar a inestabilidade no desemprego e a temporalidade que segue afectando esencialmente ao emprego feminino e as diferenzas retributivas que aínda persisten. Favorecer a corresponsabilidade entre homes e mulleres no coidado das persoas e nos traballos domésticos. Na loita contra a violencia de xénero, esta Deputación comprométese a: Incrementar o rexeitamento social sobre o agresor ó través da realización de campañas municipais que contribúan a concienciar e sensibilizar a cidadanía sobre estas cuestións. Promover e activar un programa específico de prevención da violencia de xénero, dirixido especialmente a xoves e adolescentes. Aumentar e reforzar os mecanismos postos en marcha para protexer e atender ás mulleres vítimas da violencia de xénero. Planificar e desenvolver cursos de formación, en colaboración coas CC.AA., dirixidos a todos os profesionais que traballen no proceso de erradicación do machismo criminal. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Dona Isaura Abelairas. Sra. Dona Teresa Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Buenos días a todos e a todas. Me alegro Sra. Abelairas que retirara de la Moción los antecedentes, pero espero que la retire del expediente, que retire el papel, porque claro, es que no tenía ni pies ni cabeza y entonces a veces reconocer los errores está bien, porque era una Moción pues sin ningún sentido, sinceramente se lo digo porque en un momento como este sobre todo temas tan sensibles como son la, el mercado laboral y la violencia de género, le eche flores al Sr. Zapatero y luego le pida a la Diputación que establezca medidas pues me parece incoherente, quiero decir que si usted habla de las medidas de España luego le tiene que pedir las medidas de incremento de mejora a España, se habla de las medidas que esta Diputación de Pontevedra realiza para mejorar o contribuír una gota más en la mejora de la calidad de vida de las mujeres, entonces le puede pedir que sigan mejorando, por eso yo no entendía un poco el contenido de esta Moción que sólo alababa en su exposición de motivos constantemente al Sr. Rodríguez Zapatero por lo bien que hizo las leyes pero luego le pedía al Sr. Louzán que pusiera los remedios, entonces era un poquito incoherente. Dado el momento en el que estamos yo entiendo que ya que se inició este debate aunque ya digo, supongo que la retirada no es sólo de su exposición sino que es sólo la retirada total del expediente de esta Moción, me imagino, o sea que modifica lo que usted ha traído ahora por lo que tenía antes, ¿no?, o simplemente no lo va a leer, es que no entendí muy bien en su exposición si era sólo que no lo va a leer o que lo retira totalmente. Nosotros desde luego entendemos que debe ser retirado y que nos parece bien las propuestas que hace porque creo que todos debemos de contribuir a una situación en que pese a que en Galicia hay 107 mujeres, 107,4 por cada 100 hombres, pues la realidad de las cifras del mercado de trabajo son contundentes y tenemos el doble de paro aunque en otras materias seguimos también con unas cifras que son indiscutibles porque son las cifras oficiales. Las mujeres seguimos cobrando el 30,13% del salario menos que los hombres, según el informe de la propia Agencia Estatal Tributaria, seguimos teniendo una tasa de temporalidad muchísimo más alta, y seguimos siendo las víctimas de la violencia de género también, por eso entiendo que además de pedir estas medidas a la Diputación de Pontevedra, que destina una buena parte de sus recursos a establecer medidas tanto de igualdad efectiva como de contra la violencia en materia de trabajo, es de todos conocidos la máxima incorporación de la mujer a la propia Diputación de Pontevedra, donde en las edades últimas, es decir, de 20 a 30 años y de 30 a 40, es abrumadora la presencia de mujeres con respecto a la presencia de hombres, o la continua colaboración de la Diputación en temas claves, lo que usted pide ya, las campañas de sensibilización, la puesta en marcha de pisos tutelados, los convenios con las asociaciones que trabajan contra la violencia, en la formación de mujeres, en la formación de mujeres inmigrantes, en la puesta en marcha de programas europeos, pero sin duda todo esto no llega y hay que hacer algo más porque aunque la igualdad ante la Ley en España existe desde la Constitución del 78, hay muy pocos textos legales, casi ninguno, algún convenio colectivo quizás, que establezca alguna discriminación de la mujer con respecto al hombre, la realidad es bien distinta, tanto en materia laboral como en materia de violencia de género donde pese a la Ley de Igualdad el año pasado hubo 74 mujeres víctimas de los malos tratos y este año llevamos un camino peor. Por eso entiendo que además de estas medidas que se piden a la Diputación que insisto me parece bien que se pueda seguir avanzando en ese terreno, debemos también instar al Gobierno del Estado a que establezca más medidas, más medidas reales para atajar estos problemas como es el incremento tan solicitado del número de Juzgados de violencia de género dotándolo con más medios, incrementar el número de cuerpos y fuerzas de seguridad dedicadas exclusivamente a la violencia de género, y poner en marcha los planes personalizados de igualdad en las mujeres amenazadas. Yo creo que esto debería incluirlo en su propuesta si lo estima a bien y por lo demás pues nosotros estaríamos totalmente dispuestos a seguir colaborando y a seguir trabajando para que desde cada sitio, desde cada puesto, desde cada Diputado, desde cada concejal, podamos aportar algo para mejorar la calidad de vida de las mujeres en la provincia de Pontevedra y así contribuir a la mejora de la calidad de vida de las mujeres en España y en Galicia. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. Sra. Dona Isaura Abelairas. Antes de nada creo que procede votar a urgencia da Moción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dona Isaura. Sra. Abelairas Rodríguez.- Gracias Sr. Presidente. Parecíame o suficientemente grave a situación que están vivindo as mulleres como para non facer un debate, para mi totalmente estéril e voume manter exactamente no mesmo. Non se pode aproveitar a presentación dunha Moción para empezar a falar como está falando Sra. Pedrosa. Mire, efectivamente se retira do expediente e consta en acta, única e exclusivamente o acordo. Repito, me parece o suficientemente grave todo o que está pasando para empezar a facer demagoxia, unicamente dicir, repito, esta é a moción que presenta o Grupo Socialista e non quero facer debate nin empezar a falar de quen votou ou non a Lei de Igualdade, de verdade que era simple a resposta, estamos de acordo, non estamos de acordo, pero, repito, creo que a situación é suficientemente seria e xa todos os cidadáns sabemos onde está cada quen. Sr. Presidente.- Dona Isaura lle dou a palabra á Sra. Pedrosa, pero aquí vostede fai mención do Goberno de Zapatero pois por tres ou catro sitios polo menos, e temos que ser conscientes que vostedes chegaron ó Goberno, e eu teño moi boa memoria, e precisamente chegado ó Goberno, non en campaña electoral, chegado ó Goberno dixeron que ían a poñer unhas medidas precisamente contundentes contra a violencia de xénero, eu non estou aquí criticando iso, estou criticando que a situación está como todos sabemos, polo tanto polo menos o que hai que ser é un pouco responsable, ou sexa, igual que se a houbera posto o Partido Popular, pois esa Lei que se puxo en marcha non funciona ou non funcionou, non está funcionando, polo tanto é ser minimamente responsables, nese sentido polo tanto atribuírse o Sr. Rodríguez Zapatero algo que evidentemente non funciona, é materialmente imposible. Sra. Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Mire, vamos a ver, la Moción y el debate, este debate lo trajo aquí usted, no nosotros. Esta es una Moción del Partido Socialista que yo tengo, que me acabo de, que preparé, evidentemente, porque hace dos o tres días que está aquí por Registro, pues mire tiene el Registro del 25 del 2 y que usted ahora está arrepentida, porque ahora supongo que ya le dará corte decir a lo mejor frases como las que dice aquí, “que as mulleres e os homes do noso país tentan avanzar polo camiño do Goberno presidido, a oportunidade, por D. José Luis Rodríguez Zapatero, que comezou fai agora catro anos o retroceder”, dice que “o Partido Popular aspirante a gobernar”, este es un mitin, que lo estableció usted y lo trajo usted aquí y no yo, yo siento muchísimo entrar en esta polémica porque me horroriza utilizar el tema de las mujeres para hacer política, como hizo usted, que se arrepintió al entrar aquí de lo que escribió y trajo, me parece muy bien que se haya arrepentido, ya dije que de sabios es cambiar de opinión, pero no puede evitar que lo tiene aquí, aquí está diciendo que vamos a echar con optimismo e ilusión el futuro que nos demostró el Gobierno de José Luis Rodríguez Zapatero e que fixo posible a igualdade e a non discriminación das mulleres, se convertan en compromiso, etc., etc., eso lo dice usted y no yo. Entonces simplemente le digo que además de pedir medidas a la Diputación, ya que su Moción, sino la explica pues es muy difícil determinarlo, ya que su Moción hace una alabanza absoluta de las medidas que en materia de igualdad, trabajo y de no violencia hizo el Sr. Rodríguez Zapatero y luego le pide a la Diputación que haga unas cosas, yo entiendo que debería alabar la política de esta casa y luego pedirle que siga mejorando, o, alabar la política de Zapatero si usted quiere y luego pedirle a Zapatero que siga mejorando. A Zapatero es difícil porque le quedan tres días y entonces es complicado que pueda seguir mejorando, pero al Gobierno de España puede usted pedirle que incremente las medidas reales, porque yo que estudié bastante el tema de la mujer en mi vida laboral, le puedo decir que es uno de los pocos casos en general que la Ley va por un camino diferente a la realidad, ya le digo que hace más de 30 años que la Ley es total y absoluta, sin embargo la Igualdad Real no, ni hace, no me pretenda decir que hace cuatro años que cambió porque es incierto, hace 25 años que se está mejorando, paso a paso, lento, eso si es cierto, y que tenemos que llegar a la meta con mayor rapidez y yo creo que para eso todos debemos de aportar nuestro grano de arena en esto y desde luego en un tema durísimo como es el tema de la violencia de género sin demagogia, la demagogia la trajo aquí usted y no nosotros, que quede claro y el debate oportunista o no lo estableció y lo pidió aquí el Partido Socialista. Yo también hubiera preferido una declaración institucional, usted es lo que quiso, pero pudo haberlo hecho al entrar en el Pleno y hablar con nosotros para retirarlo o no. Entonces entienda que además de esas medidas que pide a la Diputación puede añadirse y quiero saber si está de acuerdo o no, esas otras que pide el Partido Popular, que es dirigirse al Gobierno del Sr. Rajoy, el próximo día, al Gobierno de España quiero decir, me equivoqué, al Gobierno de España que establezca estas medidas, las tres que le mencioné con anterioridad: incrementar las fuerzas y cuerpos de seguridad, que apoyen directamente a la violencia de género; incrementar los Juzgados de Violencia y establecer los planes personalizados. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. Ten a palabra a Sra. Dona María Méndez. Sra. Méndez Piñeiro.- Bos días a todos e a todas. Efectivamente como dicía antes o meu compañeiro Pauliño, e a min me encanta porque pola miña profesión acaba de inventar unha nova encima que é a electoralina, que é a que neste momento se está evidenciando coma noutros Plenos que eu oín noutros concellos e nesta Deputación. A min me dá un pouco de pena, como xa expresou a miña compañeira, Concelleira de Igualdade no Pleno de Vigo, que se dean este tipo de disputas acerca de algo tan grave como é a violencia de xénero, como é a consecución desa igualdade real na que sempre estivemos as mulleres. No Pleno da Corporación de Vigo e están como testigos os Sres. Concelleiros e Concelleiras respectivamente e acaeceu un pouco do mesmo e unha das cousas que fixo precisamente o Partido Socialista foi pedir a retirada, ou sexa, retirou perfectamente o que é o texto da Moción. Se aquí a Sra. Deputada Dona Isaura Abelairas está pedindo que se retire, ou sexa di que se retira o texto da Moción, non vexo, e ademais o fixo a petición do BNG, quero dicilo, e non vexo a que vén que se volva a discutir acerca do texto, salvo que haxa unha campaña electoral ó respecto, facer campaña electoral ó respecto da igualdade e da violencia de xénero me parece vergonzoso e así o expresamos no Pleno de Vigo. Sra. Pedrosa a min vostede me parece unha persoa razoable e que cre verdadeiramente no que defende e que creo que sempre ademais as mulleres estivemos de acordo, toda a vida, nunca houbo discusión se era do grupo político do Partido Popular, do Bloque ou do PSOE, entón nestes momentos eu tamén quero dicir que por favor, pedir cordura a todos como se pediu no Pleno de Vigo, que non entremos en liortas, que fagamos verdadeiramente o que debemos facer, que é votar os acordos da Moción e non facer unha liorta electoral ó respecto, non me faga como fixo a Sra. Molares que case nos fixo saltar as lágrimas a algunhas mulleres que si vimos defendendo, que si vimos defendendo o que é a igualdade de xénero, o que é a loita contra a violencia de xénero, que nese camiño estamos todos e todas, non fagamos das institucións un lanzamento de obxectos duns a outros, volvo a instar á cordura e volvo a pedir por favor que disto non se faga campaña electoral e que aprobemos a Moción. Sr. Presidente.- Sra. Dona María Méndez, eu lle pido tamén, é que eu creo que todos, vamos, os compañeiros e compañeiras dos medios que están aquí, neste tema hai que ser un pouco serios, porque que non se faga campaña disto, vamos a ver, home, eu creo que non é coñecido que o Partido Popular faga campaña precisamente deste tipo de circunstancias, se alguén fai campaña de igualdade e de paridade e de todas esas cousas, ¿de quen é coñecido ese tema?, por favor, e cando tamén, cada un debe asumir a súa propia responsabilidade, eu me acordo perfectamente como se fose agora, goberno do Sr. Zapatero, entrou, nos primeiros tres meses as medidas contundentes que ía poñer en marcha era precisamente contra a violencia de xénero e iso nadie o pode negar porque están aí as hemerotecas para dicilo. E fracasou, ou sexa que aquí non é facer política, foi un fracaso estrepitoso, porque estamos vendo o que está pasando, máis que nunca, por desgracia, polo tanto sexamos un pouco coherentes, a nós haberá que votarnos a culpa do que teñamos, se temos a culpa dun apartado pois a temos e teremos que apechar con ela, pero por favor, neste tema creo que hai que ser serios e non dicir, bueno, non vamos a facer tal, e á parte esta Moción como dicía a Sra. Pedrosa pois está aquí e ten un texto, que agradezo neste caso á Sra. Dona Isaura que propoña a retirada de todo texto e que propoñamos tres medidas contundentes, entre o Partido Popular, o Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego. Sra. Pedrosa. ¡Ah!, Sra. Dona Isaura. Sra. Abelairas Rodríguez.- Gracias. Eu non sei cal foi a parte que non entenderon pero creo que cando cheguei aquí o primeiro que fixen foi falar co Portavoz, co Sr. Chema Figueroa, e díxenlle, da Moción soamente me vou a quedar co texto do acordo, e vou a propoñer só o texto do acordo. Creo que fun tan respectuosa como para falar co Portavoz do Partido Popular, Sr. Figueroa, e falar coa Viceportavoz do Bloque, Sra. Dona María Méndez, porque non pretendía introducir ningún debate, porque para min e me imaxino que para a Sra. Dona Teresa Pedrosa e para a Sra. Méndez, é a cousa moi seria, de todas formas non falei da argumentación, creo que xa dixen na anterior que se retiraba, cousa que lle dixen ó Sr. Portavoz cando entrei aquí, que o chamei, e díxenlle que se retiraba toda a documentación, que soamente ía o texto do acordo, sigo mantendo o texto do acordo e non quero seguir debatendo porque creo que canto máis falemos sobre o tema máis dano nos estamos facendo a nós mesmas as mulleres. Pero repito que eu llo comunico ó Sr. Portavoz e lle digo que soamente vou a manter o texto do acordo, ou sexa, que estaba previamente falado. Sr. Presidente.- Sra. Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Una vez más, yo ya no se si llevo tres veces, de verdad, no quiero ni quise, porque si hubiera querido hacer política de este tema hubiera presentado una moción al respecto. Simplemente le repito lo mismo, nosotros estamos de acuerdo con las medidas que usted plantea y las vamos a votar a favor, además creemos que ya que las trajo son incompletas y entonces nos gustaría añadir otras tres. Si quiere las añadimos en su Moción y sino no hay ningún problema, votamos esta y hacemos una Moción alternativa con las otras tres medidas y ustedes hagan lo que quieran. Nosotros entendemos que en un momento como este es necesario, ya que se trata este tema en la Diputación a iniciativa suya, plantear esas medidas, lo podemos hacer de las dos formas, o bien añadiendo esos tres puntos a su Moción o bien presentando una Moción urgente alternativa con esos tres puntos para ser votados, entonces nos da exactamente igual, entonces si ella ... Sr. Presidente.- Di cuáles son. Sra. Pedrosa Silva.- Ya los dije pero vuelvo a decirlos. Reclamar al Gobierno de España la máxima protección a las mujeres amenazadas estableciendo con carácter inmediato planes personalizados de seguridad. Instar al Gobierno de España que incremente el número de Juzgados especializados en violencia de género dotándolos de los medios necesarios para garantizar su funcionamiento. Y solicitar al Gobierno de España que incremente el número de miembros y cuerpos y fuerzas de seguridad del Estado dedicados exclusivamente a la violencia de género. Sr. Presidente.- ¿Están de acordo?. Dona Isaura. Sra. Abelairas Rodríguez.- ... repito, non me escoitaron, “aumentar e reforzar os mecanismos postos en marcha para protexer e atender ás mulleres vítimas da violencia de xénero”, creo que está perfectamente explicado, creo que recollemos todo, pero non hai ningún problema Sra. Pedrosa, non hai ningún problema, se non o entenden dígolle que non quero debate sobre a violencia das mulleres, de todas formas non hai ningún problema, admitimos o que acaba de dicir vostede, pero quero aclarar unha cousa, quen falou da argumentación foi vostede, do cal doulle as gracias porque lle permitiron ós medios de comunicación saber, que así xa non a len. Sr. Presidente.- ¿Estamos de acordo?. Incluímos esas tres propostas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción conxunta dos Grupos Políticos da Deputación con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, adoptándose os seguintes acordos: a) Contribuír á aplicación e desenvolvemento da Lei de Igualdade Efectiva de mulleres e homes a través dos seguintes compromisos: - Conseguir a participación das mulleres na toma de decisións sobre asuntos que interesan a toda a cidadanía. - Erradicar a inestabilidade, o desemprego e a temporalidade que segue afectando esencialmente ao emprego feminino e as diferenzas retributivas que aínda persisten. - Favorecer a corresponsabilidade entre homes e mulleres no coidado das persoas e nos traballos domésticos. b) Na loita contra a violencia de xénero, esta Deputación comprométese a: - Incrementar o rexeitamento social sobre o agresor a través da realización de campañas municipais que contribúan a concienciar e sensibilizar a cidadanía sobre estas cuestións. - Promover e activar un programa específico de prevención da violencia de xénero, dirixido especialmente a xoves e adolescentes. - Aumentar e reforzar os mecanismos postos en marcha para protexer e atender ás mulleres vítimas da violencia de xénero. - Planificar e desenvolver cursos de formación, en colaboración coas CC.AA. dirixidos a todos os profesionais que traballen no proceso de erradicación do machismo criminal. c) Reclamar do Goberno da Nación que adopte urxentemente as medidas necesarias para dar máxima protección ás mulleres ameazadas, establecendo con carácter inmediato plans personalizados de seguridade. d) Instar ó Goberno da Nación para que incremente o número de xulgados especializados en violencia de xénero, dotándoos dos medios necesarios para garantir o seu funcionamento. e) Solicitar ó Goberno da Nación que incremente, o número de membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado dedicados exclusivamente á violencia de xénero, especialmente formados para estas tarefas e en comunicación directa, permanente e personalizada coas vítimas actuais ou potenciais. 13.5664.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR EN RELACIÓN CO CANON DIXITAL Sr. Presidente.- Moción do Grupo do Partido Popular en relación, con motivo da publicación e entrada en vigor dos novos canons dixitais. Ten a palabra o Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Bos días, bos días, Sr. Presidente, Sres./as. Deputados/as. Vamos a dar lectura a esta Moción que di así: Con motivo da publicación e entrada en vigor dos novos canons dixitais que teñen a súa orixe no artigo 25 da Lei de Propiedade Intelectual, ante o evidente prexuízo á totalidade de usuarios e consumidores cidadáns todos eles, que esta medida representa e constatando, un, que este canon grava indiscriminadamente a todos os cidadáns só polo feito de ser sospeitosos de poder realizar unha copia dunha obra suxeita a propiedade intelectual; dous, que este canon grava igual de indiscriminadamente a calquera usuario da tecnoloxía, dende os Xulgados ós estudantes, pasando polos fotógrafos e os fabricantes de software, imponse tamén ó material escolar, ós elementos que necesitan as nosas empresas, comerciantes e profesionais, forzosamente para traballar, e se estende a todas as actividades que utilicen dispositivos electrónicos, incluso esta propia institución queda afectada converténdose noutra carga máis que deben soportar a cambio de nada os nosos veciños e veciñas. Tres, que estamos fronte a un imposto de carácter xeral a favor de determinadas persoas privadas sen ningún tipo de control por parte do Estado e que encarece ata un 40% os produtos tecnolóxicos. O canon nada ten que ver coa piratería aínda que interesadamente as entidades de xestión quixeron mesturar ambos conceptos. Catro, que dito canon está recadando incluso polas obras de autores e creadores incluso non representados polas entidades de xestión aínda que eles non entran no reparto recadado. Fronte a esta anómala situación, cidadáns, empresas, asociacións culturais, deportivas, de defensa dos usuarios, institutos, concellos, sindicatos e patronais, sen distinción de opción política, credo, idade ou nacionalidade, agrúpanse na Plataforma “Todos contra o canon”. Por todas estas razóns proponse a adopción do seguinte acordo: A Deputación de Pontevedra como institución representativa da provincia mostra a súa adhesión á plataforma todos contra o canon apoiando a quen actúan en defensa de toda a cidadanía e insta ó Goberno Central para que proceda á derogación do devandito artigo 25 da Lei de Propiedade Intelectual. Pontevedra, 29 de febreiro de 2008. Esta é a Moción que presentamos e que previo trámite da súa toma en consideración pois defenderemos. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto á votación tamén da urxencia. ¿Votos en contra?. Si. Sr. Otero Besada.- Si, bos días a todos. Eu penso que se está utilizando un raseiro distinto para os grupos aquí representados, ó BNG na entrada púxoselle o ano 2007 e a esta parece que se lle pon entrada 2009, porque preséntase esta Moción hora e media despois de estar empezado o Pleno. Fago uso das palabras da Sra. Pedrosa onde se dicía que este era un debate oportunista, en relación coa nosa Moción, e por outra parte di que ela tivo tempo a estudar a moción que nós presentamos porque a presentamos o día 25, vostedes preséntana hora e media despois de empezar o Pleno e non vamos a entrar na exposición, porque esta é unha Lei que se está implantando en toda Europa e por suposto nós vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Bueno, pois nós dicirlles que, en principio xa expliquei, ó principio que non había ningunha incluída na orde do día, polo tanto unhas chegaron con posterioridade, decidimos incluílas e é evidente que incluímos as dos tres grupos políticos, non vamos a incluír unhas e outras non. Este é un tema creo que suficientemente debatido e que vostedes coñecen porque dalgunha maneira é algo que está na sociedade. Por iso entendemos que é un tema, porque ademais non excluímos a nadie senón que participamos e poñemos en marcha todas as mocións presentadas a posteriori. Polo tanto procedemos á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A favor da urxencia. Agora ten a palabra a Sra. Dona María Méndez. Sra. Méndez Piñeiro.- Vamos a ver, esta mesma Moción que presentou como ben sabe o Sr. Figueroa, que foi quen a presentou, e espero que a súa chamada telefónica sexa ó Secretario do concello de Vigo a ver a que acordo chegamos alí. Vamos a ver, esta mesma Moción se presentou precisamente no último Pleno do concello de Vigo, é unha pena que o Sr. Figueroa non estivera máis hábil e a tivera presentado antes, porque así agora teríamos un acordo. Vamos a ver, neste caso, no caso do Bloque Nacionalista Galego tal e como está a Moción non imos a votar a favor senón que nos imos abster. Pero no concello de Vigo que temos debatido esta Moción, expuxemos as razóns alí precisamente da nosa abstención, e unha delas é que non se trata de sacarlle apoio á Plataforma Contra o Canon senón que se trata de establecer os medios, aínda que con este canon ó mellor non estamos de acordo, senón que se trataría de establecer os medios para que na próxima lexislatura se puxeran en marcha unhas novas medidas para que tamén neste caso os autores non quedaran dalgunha maneira prexudicados. Polo tanto tamén en aras do acordo, que ó mellor conseguíamos ou se consigue como se conseguiu no Pleno do concello de Vigo, que o Partido Socialista votase a favor, eu pediría que o Sr. Figueroa que creo que coñece, posto que foi o que puxo a Moción no concello de Vigo, que se chegase ó acordo ó que se chegou no concello de Vigo e as tres forzas políticas votaran na mesma dirección. En caso contrario, se se mantén a Moción o Bloque Nacionalista Galego abstense. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Dona María Méndez. Ten a palabra D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Gracias Sr. Presidente. Bueno eu, este é un Pleno da Deputación de Pontevedra, xa tivemos unha mostra ó principio do Pleno dende un punto de vista que eu lle digo respectable, pero un pouco difícil de traer aquí cuestións dun concello da provincia, agora invócase ó Pleno do concello de Vigo e o invocan grupos que con frecuencia neste Salón falan de que aquí se falen cousas que teñen que ver coa Deputación e non cousas que teñen que ver co Goberno da Xunta. Eu creo que temos que fixar un criterio, teñen máis concretamente vostedes que fixar un criterio, estamos nun Pleno da Deputación de Pontevedra e o grupo provincial do Partido Popular trae para debate cuestións que considera que son de interese para os cidadáns da provincia, en uso, Sr. Otero, en uso das facultades que lle confire o Regulamento, como fan vostedes en moitisimas ocasións e evidentemente se vota a urxencia dese debate sen entrar no que é o fondo do voto posterior, sobre o que é o fondo da Moción. Estamos en presenza Sr. Presidente dunha decisión, dunha decisión lexislativa do Goberno Central que causa moitisimos problemas de diversa índole pero que no fondo o que se está dende o noso punto de vista é procedendo a conceder a subvención máis grande da historia, máis grande da historia. Estamos evidentemente co canon dixital nunha subvención encuberta, pero é unha subvención a un colectivo amplísimo de persoas, de homes, de mulleres, agrupadas nunha serie de entidades xestoras que poderíamos citar aquí, pero bueno, son unha serie de siglas pouco coñecidas, ben é certo que non están todos os creadores incluídos nese grupo pero que dese xeito se grava, desa fórmula que falabamos no texto da Moción de maneira absolutamente indiscriminada a todos os cidadáns á hora de comprar e á hora de adquirir unha serie de produtos. Eu voulle dar un dato, voulle dar unha cifra, sería a seguinte, unha persoa, unha familia que adquirira un ordenador, que adquirira unha regrabadora de DVD ou unha impresora multifunción, ou un reprodutor DVD de salón, ou un equipo de música, etc., que están en todas as casas, con canon dixital, co canon dixital, ó ano pagarían 303 euros, 50.500 pesetas, 50.500 pesetas. E este tipo de decisións resultan bastante difíciles de entender que veñan dun goberno que se lle enche a boca todos os días e a todas horas por medio de voceiros autorizados, de falar, de que se lexisla para todos e fai unha política para todos os cidadáns. Neste tipo de cuestións que estamos falando evidentemente se olvidan, se olvidan deles, a non ser, que é a segunda parte da cuestión, a non ser que o que se estivera pretendendo co mesmo favorecer ou comprar vontades e adhesións con cartos públicos. Eu vaia todo o meu respecto para os creadores e os autores, evidentemente unha cousa é a intención dos que promoveron esta Lei de comprar ese tipo de vontades e outra que a xente se deixe comprar, pero é unha manifestación tamén de como se usa o Parlamento e como se usan á hora de lexislar en presuntos beneficios de cada un. Por iso traemos esta Moción e por iso a sometemos, pretendemos que se someta a votación. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Juan Durán. Sra. Dona María Méndez. Sra. Méndez Piñeiro.- Bueno, nada máis que dicir que no noso ánimo estaba chegar ó consenso, cremos que hai cousas positivas dentro desta Moción e no noso ánimo estaba chegar ó consenso, se vostedes non queren chegar ó consenso pois votedes mesmos se poñen en evidencia. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Algunha intervención máis?. Non hai. Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, Sr. Presidente, a min o que me gustaría ou o que lle gustaría ó Grupo Provincial Popular e á parte deses recursos retóricos e dialécticos da Sra. Méndez, saber nós aquí, que se saiba neste Pleno, que saiban todos os Deputados e Deputadas, cal é a proposta, cal é a proposta sobre o particular, non se agoche nesta situación, plantéese a proposta do Bloque Nacionalista Galego, que o saiba a Plataforma “Todos contra o canon”, cal é a súa proposta, que é o que queremos saber, xa sabemos que o Partido Socialista, moi menguado hoxe a nivel numérico, non sabemos por que motivo, xa fixo deixación da súa facultade de defender o seu turno e da súa argumentación nestas Mocións pero o que queremos saber é cal é a postura do BNG neste caso, do Grupo Provincial do BNG. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sra. Dona María Méndez. Sra. Méndez Piñeiro.- Nós o dixemos dende o principio, eu aquí agora mesmo non teño o texto do acordo, de feito estábao dicindo. O texto do acordo se vostedes presentan unha Moción exactamente hora e media antes, xa non entramos nese debate, eu non teño exactamente aquí o texto do acordo. Porque ademais foi o Partido Popular o que a presentou e o Partido Popular pois probablemente, eu cando presento unha Moción sei a que texto de acordo se chega a Moción que eu presento, e a emenda se presentou por parte de todos os grupos políticos alí. E no acordo máis ou menos o que ía era que, o que queríamos era que na próxima lexislatura se puxeran as medidas para que o canon se fixese doutra forma, eu non sei exactamente, xa llo estou dicindo, cal é o texto, e que a plataforma e o apoio e non ía exactamente ese texto. Se vostedes non queren chegar ó consenso votémola tal cal, nós non temos ningún problema. Sr. Presidente.- Sr. D. José Juan Durán Hermida. Sr. Durán Hermida.- A proposta como lin no seu momento da Moción do Grupo Provincial Popular di o seguinte, lino hai dous minutos: A Deputación de Pontevedra como institución representante da provincia mostra a súa adhesión á Plataforma “Todos contra o canon”, apoiando a quen actúan en defensa de toda a cidadanía e insta ó Goberno Central para que proceda á derogación do artigo 25 da Lei de Propiedade Intelectual. Esa é a proposta de acordo. Se vostede vai a votar en contra díganos por favor cal é a alternativa a este tema do BNG, que o escoiten todos os cidadáns afectados e a Plataforma “Todos contra o canon”. Sr. Presidente.- Si. Sra. Dona María Méndez. Sra. Méndez Piñeiro.- A nosa postura non é en contra, dixemos que nos íamos abster e xa o dixemos ó principio. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- En aras de aclarar a situación, é dicir, o Bloque e o PSOE en Vigo non presentaron ningunha alternativa, eu estaba calado, pero estou sorprendido, o único que se abstiveron, que non estaban de acordo e punto. Pero o texto da Moción é idéntico, polo tanto, é dicir, non se, é que claro, Sra. Méndez non pode presentar ningunha alternativa porque non a presentaron. Sr. Presidente.- Polo tanto está claro que hai que votar a Moción do Partido Popular en defensa desta situación agravante. Sr. Durán Hermida. Sr. Durán Hermida.- Si, penso que procede. Sr. Presidente.- Sr. D. Cesáreo Mosquera. Nestes intres prodúcese un erro no manexo da megafonía. Sr. Presidente.- Non vai. Aínda que fose co do lado, aínda que fose co de María en todo caso. Sr. Mosquera Lorenzo.- Agora vai. Non, ¿sabe cal é o problema?, eu xa visto o tono que había e demais eu creo que aquí hai moita xente que, bueno, está na, non debe ter Portavoz, empezando polo Presidente, non debe ter así moito púlpito nos mitins e tal e entón aproveita para facer mitins, estamos alargando o Pleno dunha maneira innecesaria, non entendendo o que se quere entender e entón viña coa decisión de non competir nese aspecto e igual por iso non funciona o micro, non, en coherencia coa decisión que tiña tomada. Vamos a ver, eu creo que é clarísimo, ou sexa, a min me parece moi ben, a nós nos parece fantástico que se pida suprimir todo, pero o que está claro é que hai uns autores que teñen uns dereitos, ben, e tamén está claro que a Lei os regula mal, correcto, ben, entón se o que se pide é a supresión de todo o canon de dereito de autor, evidentemente pode quedar ben, pero eu creo que non é realista nin creo que ninguén o defenda así, e iso é basicamente o que di a Moción. Se se di que está mal tal e como está regulado e hai que regulalo dunha forma sen prexudicar dunha maneira masiva ós usuarios respecto ós dereitos de autor, aí conten co noso apoio absolutamente, ben, agora están vostedes en plan esaxerado é dicir, non, non, canon fóra e aquí pois que ninguén, non se cobre ningún dereito de autor. Bueno, pois evidentemente iso nós non o vamos a facer nin creo que vostedes o defenderan noutro momento, defenden agora porque estamos con hipérboles e esaxeracións, verdade, propias da época, non creo que tampouco o defendera noutro momento, creo que está clarisima a postura, simplemente, e senón o deixamos e punto, votamos e non hai creo que darlle máis voltas. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, lle cedo a palabra xa ó Sr. Deputado D. José Juan Durán, pero dicir que a vostedes se lle enche tanto a boca, falar de diálogo, de consenso e de tal, aquí cando é para tomar unha decisión deste tipo se toma e punto e chao, que non lle, neste caso non lle toca a vostedes, porque era para adherir, para comprar, se falaba de compra de vontades, bueno, máis ou menos a cousa ía por aí. Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Gracias Sr. Presidente. Eu ás veces a min cústame moito traballo entendelos a vostedes, cústame moito traballo, vostedes votaron a favor no Parlamento estatal, no Congreso dos Deputados votaron a favor desta Lei, e agora aquí nos plantexan que se absteñen, que non queren entrar a debatela, no Parlamento de Galicia fan outro movemento de equilibrismo, sinceiramente que non o acabo de entender, deberían reflexionar sobre todo isto. En canto ó que acaba de dicir o Sr. Mosquera non estamos falando de dereitos de autor, di aí que estamos falando de dereitos de autor, non, non, dereitos de autor son outra cousa, non sei se inconscientemente se deslizou na súa intervención esa expresión, pero estamos falando dun canon, non estamos falando de dereitos de autor, esa é a cuestión. E en definitiva posto que o Bloque anuncia e reitera ese posicionamento pois dicir que o Partido Popular que presenta a Moción pois vai a votar evidentemente a favor dela e por poñer exemplos que creo que queda fundamentalmente xa argumentado en todos os puntos cal é a nosa posición, dicir que esta Moción pois evidentemente se fai pensando nos millóns e millóns de consumidores que se ven, de pequenas economías domésticas, de estudantes, de asociacións de todo tipo, que se ven netamente prexudicadas por esa decisión que promove o Partido Socialista no Goberno Central e que avala que lle vai ese seguidismo político como fai sempre, o Bloque Nacionalista Galego co cal se corresponsabiliza e son evidentemente pais da iniciativa igual que o Partido Socialista. Máis nada. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Vamos a proceder polo tanto á votación da Moción precisamente con motivo da entrada en vigor dos novos canons dixitais. ¿Votos en contra da Moción presentada polo Partido Popular?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular en relación co canon dixital. Dita Moción é como segue: “Con motivo da publicación e entrada en vigor dos novos canons dixitais que teñen a súa orixe no artigo 25 da Lei da Propiedade Intelectual (LPI), ante o evidente prexuízo á totalidade de usuarios e consumidores, cidadáns todos eles, que esta medida representa e constatando: 1.- Que este canon grava indiscriminadamente a todos os cidadáns, só polo feito de ser sospeitosos de poder realizar unha copia dunha obra suxeita a propiedade intelectual. 2.- Que este canon grava igual de indiscriminadamente a calquera usuario da tecnoloxía, dende os xulgados aos estudantes pasando polos fotógrafos e os fabricantes de software, imponse tamén ao material escolar, aos elementos que necesitan as nosas empresas, comerciantes e profesionais forzosamente para traballar, e se estende a todas as actividades que utilicen dispositivos electrónicos. Incluso esta propia Institución queda afectada, converténdose noutra carga máis que deben soportar, a cambio de nada, os nosos veciños e veciñas. 3.- Que estamos fronte a un imposto de carácter xeral a favor de determinadas persoas privadas, sen ningún tipo de control por parte do Estado, e que encarece ata un corenta por cento os produtos tecnolóxicos. O canon nada ten que ver coa piratería, aínda que interesadamente, as entidades de xestión quixeron mesturar ambos conceptos. 4.- Que dito canon está recadando incluso polas obras de autores e creadores non representados polas entidades de xestión, aínda que eles non entran no reparto do recadado. Fronte a esta anómala situación, cidadáns, empresas, asociacións culturais, deportivas, de defensa dos usuarios, institutos, concellos, sindicatos e patronais, sen distinción de opción política, credo, idade ou nacionalidade agrúpanse na plataforma TODOS CONTRA O CANON. Por todas estas razóns, proponse a adopción do seguinte acordo: A Deputación de Pontevedra, como Institución representante da Provincia mostra a súa adhesión á PLATAFORMA TODOS CONTRA O CANON, apoiando a quen actúan en defensa de toda a cidadanía e insta ao Goberno Central para que proceda á derogación do art. 25 da LPI.” 14.5665.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO EN RELACIÓN CO SERVIZO DE CORREOS Sr. Presidente.- Temos unha Moción presentada tamén neste caso polo Bloque Nacionalista Galego para a prestación eficaz do Servizo de Correos. Ten a palabra o Sr. D. Cesáreo Mosquera. ¡Ah!, Dona María. Sra. Méndez Piñeiro.- Bueno, a ver se nesta Moción non hai debate, eu desexaría que non houbera moito debate, porque así seguro que, a ver se en algo estamos de acordo hoxe respecto ás Mocións. Bueno, dicimos que como todos sabemos en Galiza o Servizo Postal é un dos grandes medios de cohesión socio económica, sobre todo nun medio rural espallado xeográficamente. Bueno, pois dende fai dez anos, dende os Gobernos do Estado e dá igual neste caso quen estea no Goberno, sexa o Partido Socialista sexa o Partido Popular, se vai deseñando pouco a pouco unha estratexia que vai facer que os servizos postais tendan á súa privatización. Falamos de hai dez anos, empezouse primeiro coa externalización dos servizos e progresivamente os funcionarios agora mesmo xa non son un corpo especial e fóronse deteriorando paulatinamente as condicións da xente que traballa en Correos. Pensamos que esta tendencia vén provocando pois dano, moito máis non só ó persoal que traballa senón a unha poboación como é a galega que como dicíamos este é un dos poucos servizos que conquire a cohesión socio económica e dá traballo a moitos carteiros. O que se pretende por parte da entidade Correos é facer algo rendible en vez de pensar que é un servizo público e en vez de pensar que o que ten é que necesariamente dar servizo á xente. No último Decreto do 20 de abril, concretamente o 503/2007, no que se regula a prestación de servizos postais, pois engádese precisamente nese Decreto unha serie de condicións novas que afectan ó que é a anterior normativa onde se establecía por exemplo a obriga de entregar todos os días laborables e festivos da semana, se establecía a entrega do servizo postal. Neste caso fálase de que soamente será necesaria a entrega todos os días laborables ou alomenos cinco días da semana. Outra das cousas que se afecta é que se crean os chamados entornos especiais e ese é un dos principais problemas porque se consideran entornos especiais precisamente as vivendas ou edificacións que nalgúns casos, que estean a 250 metros da vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos públicos. Por outra banda a entrega neses entornos especiais non se vai facer en buzóns ordinarios senón que se vai a facer nos chamados buzóns pluridomiciliarios. Sabemos que en Galicia hai 32.000 núcleos rurais, sabemos que Galicia precisamente ten o 50% non só dos núcleos rurais senón dos carteiros de todo o Estado Español e neste caso segundo o que se prevé vanse ver afectados 400 postos de traballo. Trátase de cohesionar o noso medio rural, trátase precisamente de xerar emprego no noso medio rural e retirando servizos públicos como este, facendo que diminúan servizos públicos como este, cremos que non é a forma de conquerilo. Polo tanto traemos precisamente a esta Deputación o seguinte acordo que é dirixirse ó Goberno Galego para que inste ó Ministerio de Fomento do Goberno do Estado a garantir sen detrimento das condicións laborais do persoal a prestación eficaz do servizo postal universal de correos. A prestación eficaz do servizo postal universal en condicións de igualdade e non discriminación polo lugar de residencia revocando asemade calquera medida que poida menoscabar o dereito cidadán á inviolabilidade da comunicación postal. E o segundo acordo é enviar o presente acordo ó Presidente, ó Vicepresidente da Xunta de Galicia e ó Presidente do Goberno do Estado e ó Ministerio de Fomento. Nada máis. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Dona María Méndez. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, moi breve pero si que é convinte aclarar algunhas cuestións. É difícil entender politicamente, cada día menos, a situación do Bloque Nacionalista Galego, é difícil porque cando quere é goberno, cando quere é oposición e cando quere non é nin goberno nin oposición senón que é a culpa é do PP, é dicir, e iso, bueno pois, é difícil ter tres posturas nunha mesma, é dicir, Sra. Méndez, claro que é difícil para vostedes entender esta Moción, esta toma de decisión do Goberno Central, cando vostedes din e o Sr. Quintana ultimamente parece que di que a voz do Bloque se entendeu en Galiza e que se entendeu para defender os intereses de Galicia con respecto ó Goberno de España, de intentar que esa toma de decisións do Goberno de España sexan sempre orientadas polo Bloque Nacionalista Galego. Se está demostrando que non pintan nada, non pintan nada nin no canon dixital, nin neste tema, nin no tema de correos, nin en ningunha das propostas que o Goberno Central do Partido Socialista está facendo. Os utilizan para ter o Goberno, para ter o voto, e ó final nada de nada, de nada, de nada, é dicir, e iso si que teñen que sabelo os galegos, as galegas, e os cidadáns da provincia de Pontevedra. O Bloque Nacionalista Galego en Madrid é un 0, e proba diso é que é difícil entender como vostedes poden ter esa posición cando non teñen candidato a Presidente do Goberno, é dicir, vostedes evidentemente pois é insignificante a súa representación e a proba diso é que cada día hai menos, os galegos dende logo si que o perciben porque van de máis a menos e iso é unha realidade. E este é un exemplo claro, palpable, dunha discriminación sobre todo ó rural, ó rural e ós concellos da nosa provincia. Non se pode entender que a Lei sexa tan clara e tan contundente que se diga que non se vai a facer reparto, non só o que di vostede, que vostede di unha parte da Moción e da realidade, é dicir, vostede di que se farán por grupos, por correos e por repartos pois pluridomiciliarios ou como lle queiran chamar, non, é máis grave, é dicir, as familias, os residentes que estean a máis de 250 metros dunha vía pública é que eses non van nin a recibir o correo correspondente. Polo tanto eu creo que esta é unha discriminación e é moi grave, porque hai cousas que pasan, parece que é un artigo que non significa nada dentro dunha Lei, imaxínense vostedes en Galicia, en Galicia é que a xente non vai a recibir correo na súa casa, vai a ter que ir a buscalo, é dicir, á central, a unha cidade, a un pobo, é dicir, pois imaxínense vostedes si xa neste tema empezan a recortar a posibilidade de acceso da liberdade, porque ese é un recorte da liberdade das persoas e das familias. Vostedes imaxínense persoas que teñen problemas de dependencia ou persoas que teñen problemas de saúde, ou persoas que teñen problemas de comunicación, que non poden moverse das súas casas, pois como van a facer, é dicir, esta é unha realidade social, é dicir, que padece agora, agora mesmo como están nos papeis seguramente non lle damos a importancia que debe ter, pero o que si está claro é que a ten e moita. Nós vamos a votar a Moción se vostedes nos aceptan unha emenda, é dicir, nós estamos dispostos a aceptar ó correspondente ó apartado que vostedes traen, pero para nós o que si é importante é o seguinte, é que se modifique o artigo único número 37 do Real Decreto no seu punto 4º, ó fin de eliminar calquera referencia ó límite máximo de 250 metros da vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos como se recolle no seu apartado a), para que todos os cidadáns teñamos o dereito a recibir nas nosas casas os envíos postais e ó mesmo tempo se proceda á anulación do apartado b). Eu creo que este texto concreto que é realmente o que afecta a este Real Decreto do 20 de abril é o que cambiaría e modificaría e bueno, pois deixaría unha situación favorable a todos os veciños e veciñas non só da provincia de Pontevedra senón de Galicia e do Estado Español. Eu creo que temos que facer forza entre todos porque senón isto significaría eliminar un dereito que temos todos os cidadáns, ou que teñen todos os cidadáns que vivan nesta situación, e que evidentemente lles pode prexudicar. Se teñen tanta forza en Madrid, eu creo que unha cuestión tan menor, tan menor, tan menor como esta a ver se a cambian, é dicir, e senón evidentemente pois os cidadáns creo que a confianza que poidan depositar en vostedes é cada día menos, eu creo que diría que ningunha, porque evidentemente non sei para que traen estas mocións aquí, eu creo que con chamar ó Sr. Quintana, que faga unha chamada a Madrid teno resolto, é dicir, iso é o que di el polo menos nos medios de comunicación continuamente, que el, bueno pois, o que pasa é que claro despois estas cousas saen caras, é dicir, hai que apoiar á peor Ministra da historia de Fomento para Galicia e iso evidentemente é un custe político que o teñen vostedes. Pero eu creo que isto o Sr. Quintana o arranxa cunha chamada, ademais creo que depende de Doña Magdalena Alvárez tamén Correos, depende do Ministerio de Fomento, unha chamada a Doña Magdalena Alvárez despois do favor que lle fixo, eu creo que isto está resolto en 24 horas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueora. O Sr. Quintana chama tratar de tu a tu, ou sexa, trátanse de tu a tu e xa está e resolven todo o que hai que resolver, pero isto non o resolven, nin isto, nin o outro, pero bueno, sacou unha foto, foi alí a sacar unha foto e veu para acá todo contento. Sra. Dona María Méndez, ten vostede a palabra. Sra. Méndez Piñeiro.- O Pleno retransmítese non, é que non sabía se se retransmitía, eu creo que si que se retransmite, eu creo que aquí non lles están dando a suficiente cancha ó Partido Popular ó respecto de dar mitins fóra e nolos veñen dar ó Pleno da Corporación. Mire, eu é que teño que dar mitins en Vigo e estou moi cansada, de verdade que llelo prometo, estou terriblemente cansada de dar mitins fóra. O Sr. Figueroa vexo que está sempre nos actos do Partido Popular, o vexo pola televisión, pero non dá mitins e entón nos vén a dar o mitin aquí. O Sr. Louzán eu creo que algún mitin dá a pesar de que hoxe está sembrado. Vamos a ver, nós non pretendíamos levantar un debate respecto diso, ¡ah!, outra resposta, o tema do Partido de que o Bloque sempre está no medio dos tres, pero ¿vostedes entenden o Misterio da Santísima Trinidade?, que son relixiosos ou se lles supón, polo tanto teñen que entender perfectamente o tema dos tres. Mire, eu non vou a entrar en debates estériles, vostede xa me coñece a miña aptitude nos Plenos da Corporación de Vigo, e non vou a entrar nun debate absolutamente estéril. Eu dixen ben claramente e ó mellor non se me entendeu en aras de sintetizar, que efectivamente se prexudicaba gravemente ás vivendas que quedaban a 250 metros, non diga vostede que se lle saca todo, teñen os buzóns, os buzóns, pero iso non é solución, sobre todo se queren ir a buscar un xiro postal teñen que ir á seguinte oficina, precisamente por iso o Bloque Nacionalista Galego fixo esta Moción. Non nos dea o mitin respecto da señora de Fomento, da Sra. Ministra de Fomento porque tiveron vostedes toda a lexislatura para reprobala e nós e o que se trouxo para Galicia o Sr. Quintana vano a desfrutar os nosos maiores, vano a desfrutar a nosa cidadanía e diso é do que se trata, de conquerir cousas para os galegos como vamos a conquerir. E ó respecto do acordo, ó respecto do acordo nós non queremos, é dicir, queremos efectivamente, asumimos o que vostedes queren poñer a respecto do artigo 27 pero introducido como se introduciu noutros acordos plenarios dos concellos no medio do primeiro punto, nós non retiramos o que nos dirixamos ó Goberno Galego, nós non queremos retirar iso, o que pasa é que se mete a maiores o do artigo 27, en iso si estamos de acordo e a emenda, aproximadamente onde pon “a prestación eficaz do servizo postal universal”, aí metemos “tendo en conta o artigo 27 apartados a) e b) para que todos os galegos, etc., etc. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Para rematar moi breve, é dicir, non sei se dará moitos mitins ou non pero hoxe tamén parece que está xa acostumada e seguramente reincide hoxe tamén aquí. De verdade, eu non sei o Bloque que medo ten a debater, non, é que ten un medo a debater tremendo, pero antes, se vostedes eran os da participación, os dos Plenos ás 8 da tarde, os dos Plenos ás 8 da tarde, o de que había que facelo no Salón de Actos, pero onde gobernan fanos ás 8 e media da mañá ou ás 9, en vez de o Salón de Actos grande lévanos ós pequenos, e non queren debater, é dicir, pero se os Plenos son para isto, é dicir, eu creo que todos temos asumido que o Salón, o Pleno, no Pleno é onde se fan os debates das políticas de cada grupo e que os cidadáns se teñen que enterar, é dicir, non é a través das roldas de prensa, as roldas de prensa o goberno fai accións de goberno e a oposición fai a acción de oposición, é fiscalizar o goberno, e estes son os debates onde os cidadáns teñen que enterarse porque claro, aquí se dá a curiosidade, se temos debates e os alongamos, bueno pois vaia rollo, senón os alongamos son dous minutos e claro sae por segundo e non sei o que sae, é dicir, eu creo que hai que xa dunha vez por todas intentar eliminar iso Sra. Méndez, eu entendo que claro que é difícil, é difícil para vostedes a situación que teñen, vostedes é que non queren debater de nada, non é o problema de correos, é que non lle interesa nada, porque non lle interesa nada, porque claro a situación de vostedes é complicada, claro, como vostedes agora van a criticar o que facían os gobernos do Partido Popular se o que fan vostedes agora súmano con creces, é dicir, pero con creces en todos os lados, e claro, era repetir outra vez un debate aquí, que non o quero facer, claro a situación é complicada, é que non teñen discurso, iso é o problema, o BNG a día de hoxe onde goberna e onde está na oposición cada día ten menos discurso porque entra na contradición permanente, entra na incoherencia permanente, e iso claro, é lóxico para vostede que eu sei que é unha persoa seria, home, supoño que defender as políticas que están facendo moitos dos membros do seu goberno tanto galego como onde gobernan en moitos outros sitios, é complicado, iso é difícil, cando vostedes, eu me acordo que hai dez ou quince anos criticaban que se un goberno tiña un asesor ou se tiña dous, poñían o grito no ceo, ter dous asesores un goberno era tremendo, ter un coche oficial, porque ó mellor compraban un coche, en vez dun Citröen compraban un Golf ou un Wolsvagen, Dios mío, que disparate. Claro, cando vostedes agora hai algún dos seus membros que teñen tres, tres A8, non sei se terán algún máis no garaxe e teñen non sei cantos asesores, iso é difícil, claro explicarllo ós seus votantes, é dicir, como vostedes lle van a explicar iso, claro, como vostedes van a explicar agora aquí que din, o Sr. Quintana acaba de dicir no debate do outro día, que el en Madrid ten unha influencia tremenda, é dicir, que chega a Madrid e o que queira o consegue, pero ó minuto, claro, unha cuestión tan menor como esta, é que non tiñan que facer isto, ¿saben cando gobernan o que teñen que facer?, coller o Sr. Quintana, como o Sr. Touriño xa non o fai, porque ese xa non o fai, descolgar o teléfono e dicir, Ministra de Fomento, mira, che salvei a cabeza, che reprobaron e eu che salvei a cabeza, arranxa isto que a Galicia lle prexudica, lle prexudica o tema do canon, lle prexudica o tema de correos, lle prexudica o tema da tarifa nocturna, porque ademais depende todo do mesmo Ministerio, mire que casualidade depende todo do mesmo Ministerio, e esa influencia do Sr. Quintana, Sr. Mosquera, non funciona. Bueno, ¿sabe cal é o problema?, o problema é que ó mellor tampouco funciona a de vostedes co Sr. Quintana, porque o Presidente da Deputación aínda está esperando para as transferencias que o Sr. Touriño lle conteste, dende o día 4 de febreiro, ¡que falta de educación e que falta de cortesía!, un tema que ten tanto interese esta casa e resulta que xa anuncio, xa lle anunciamos ós medios de comunicación que aínda non recibimos nin unha chamada de ningún de tantos deses asesores que ten, é dicir, para contestarnos a un tema importante como é as transferencias desta casa que temos vontade de todo. E xa aproveito a ocasión, porque como o ía a facer en rogos e preguntas, ía a darlle resposta e a contestarlle que aínda a día de hoxe non nos recibiron, pois mire, o 4 de febreiro lle remitimos aquela carta co escrito, e estamos a día 29, é dicir, ningún asesor, ningunha secretaria, non teñen influencia ningunha, ¿sabe para que os queren a vostedes?, para que lle dean os votos nada máis, única e exclusivamente, e despois así se demostra claro, no Parlamento, que un tema como este anterior, o tema do canon no Parlamento, non aceptan nin a democracia plenaria, é dicir, cando resulta que miran a alguén que vai perder unha votación, para a votación, é dicir, se nós Sr. Mosquera chegamos a facer iso neste Pleno da Corporación agora, miramos que ó mellor non hai votos porque marchou un ou dous Deputados e perdemos unha votación e o Presidente para a votación no medio do Pleno, ¿que pasaría nesta casa?, pois mire, pois vostedes o fan continuamente, e claro, e esas son as incoherencias, e a ver, se tanto os membros do Partido Socialista como do Bloque, pois bueno o Presidente da Xunta se digna en contestarnos, polo menos a poñernos unha entrevista dentro de tres meses ou de catro, ou que nos mande unha carta ou un fax ou un correo electrónico, algo, que nos diga algo. Home, eu creo que a resposta é o respecto institucional debería de manterse, e como xa non vamos a intervir máis porque ía a comunicalo despois en rogos e preguntas para darlle a información a vostedes, pois xa llo digo agora, o Presidente da Xunta de Galicia dende o 4 de febreiro que se lle remitiu a carta para tratar os temas das transferencias a día de hoxe aínda non contestou a esta Deputación. E despois vostedes falan de que se facemos un campo ou non facemos ou deixamos de facelo, ¿sabe o que lle digo eu?, ¡quién te ha visto y quién te ve!. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sra. Dona María Méndez. Sra. Méndez Piñeiro.- Bueno, ó BNG non lle interesa o discurso, ó BNG lle interesan as accións, o discurso é importante pero sobre todo o que nos interesa a nós son as accións non é o discurso. Vostedes durante 16 anos e os que levaban antes gobernando na Xunta de Galicia tiveron moitísimo discurso e ningunha acción, senón para iso que miren como deixaron vostedes o que é os servizos sociais a nivel de toda a nación, iso só é un exemplo por non seguir por máis exemplos. A nós, parece que ó Sr. Figueroa e ó Partido Popular lles molesta que o Sr. Quintana quedara como gañador no debate televisivo, e entón trátase de ir en contra do Sr. Quintana, pero todos e todas sabemos que o Sr. Quintana quedou de gañador e entón agora se trata de ir en contra do Sr. Quintana, está moi ben, vostedes non se preocupen, o que están facendo é ensalzando a súa figura e a posteriori xa veremos o que pasa. Bueno, por outra banda eu creo que están molestos, están molestos polo discurso do BNG, porque sempre foi un discurso coherente e como lle dicía antes, demostraremos polas accións o que imos a facer por esta nación, o que queremos é precisamente que se aproben mocións como estas. Moitas grazas e nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Dona María Méndez. A verdade é que xa facía tempo que non a escoitaba tan gorda como esta, pero, eu creo que están pensando en invitar ó Sr. Quintana para o luns, o luns creo que hai outro debate, ¡ai, vai a Nueva York!, ¡ai!, si que se parece a Obama agora, primeiro era antiimperialista pero agora se parece a Obama. ¡Ah!, si, ¡ah!, vale, home alí hai algúns votos, na emigración moitos non lle dan, pero bueno, ó mellor con Obama polo medio pode ter contribución. O Sr. Otero pediu a palabra. Sr. Otero Besada.- Bueno, nótase que falta unha semana para as eleccións e estamos aquí ensaiando para o mitin da tarde, parece que é o que estamos facendo, porque levamos dúas horas e media. Eu voume referir un pouco á Moción de censura que presenta o BNG, sen entrar a fondo na exposición de motivos que fai, pero si penso que está ... Sr. Presidente.- Non, tiña que ser, está ben dito iso de moción de censura porque están censurando ó goberno de Galicia e de España, iso está ben dito. Sr. Otero Besada.- Quero referirme para se terminamos dunha vez este debate, porque á tarde todos temos mitins me parece, uns en Vigo, outros en Pontevedra, quero dicir que tal e como a teñen redactada, para non estar dándolle máis voltas, aquí di, “prestación eficaz do servizo postal universal no termo municipal en condicións de igualdade e non discriminación para o lugar”, penso que isto abarca todo o que quería dicir o Sr. Figueroa, e por favor, votemos a emenda se queren e terminemos dunha vez. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. ¿Está todo dito?. Bueno, pois polo tanto procedemos á votación da Moción para a prestación eficaz do Servizo de Correos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos. Tranquilos, non hai ningún problema. Que nadie se poña nervioso. O Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego en relación co servizo de correos. Dita Moción é como segue: “MOCIÓN PARA A PRESTACIÓN EFICAZ DO SERVIZO DE CORREOS” EXPOSICIÓN DE MOTIVOS En Galiza o servizo postal é un dos grandes medios de cohesión socioeconómica, sobre todo no medio rural espallado xeográfica e poboacionalmente e, por engadido, un dos garantes da información e a comunicación, e tamén da xestión económica a través do xiro postal; unhas positivas virtualidades que agora se están a poñer en grave risco, coa aprobación o 20 de abril do Real Decreto 503/2007 que modifica ao 1829/1999 de 3 de decembro que aproba o Regulamento polo que se regula a prestación dos servizos postais desenvolvendo a Lei 24/1998 de 13 de xullo en relación ao servizo postal universal e á liberalización dos servizos postais. Dende hai máis de dez anos, o modelo deseñado polos Gobernos do Estado para o servizo postal foi o de conquerir a longo prazo unha privatización do Servizo de Correos: externalización de servizos concretos, creación de empresas de reparto de paquetería e progresiva supresión dos postos de persoal funcionario para transformalos en postos de persoal laboral adscritos a unha sociedade anónima, e non directamente á Administración do Estado. Os/As funcionarios/as de correos xa non son corpo especial, o que pode favorecer a súa marcha: mobilidade para poder trasladarse a outras administracións. O propósito é eliminar funcionarios/as. Fanse repetidas reducións de plantilla, as xubilacións non son substituídas por novos traballadores/as, as condicións laborais sofren un deterioro paulatino, engadidas as presións que sofren os/as traballadores/as; e a calidade do servizo vaise empobrecendo. Preténdese así facer de Correos unha entidade rendíbel, fronte ao modelo de servizo público destinado a atender as necesidades cidadáns. Esta tendencia veu provocando moito dano ao servizo e ao seu persoal, dano aínda máis notabel en Galiza, e que no noso concello está a sufrir, polas súas peculiaridades de asentamento poboacional disperso. Neste contexto cómpre salientar a aprobación polo Goberno do Estado do Regulamento reitor da prestación dos servizos postais. Mentres que coa anterior normativa establecíase a obriga de entregar correspondencia cinco días laborables á semana, o novo decreto reduce esa obriga, e crea os chamados “entornos especiais”, nos que se elimina a entrega domiciliaria. Nestes “entornos” a entrega dos envíos postais ordinarios realizarase a través de “buzóns individuais non domiciliarios” e de “casilleros concentrados pluridomiciliarios”. E a entrega dos envíos a través de tales buzóns será –dise- “todos os días laborables e, alomenos, cinco días semana”. Prevese, ao propio tempo, que a entidade prestadora do servizo postal universal poderá “convenir cos usuarios, os concellos, así como os promotores o establecemento, ubicación e financiamento de instalacións apropiadas para a entrega dos envíos postais ordinarios”. Prevese asemade que “se as vivendas ou edificacións do entorno afectado non dispuxesen das instalacións apropiadas para a entrega dos envíos postais ou estas non se atopasen en condicións de uso adecuadas, o operador universal facilitará a entrega dos envíos postais na oficina postal máis próxima, previa comunicación escrita aos/ás destinatarios/as de dita circunstancia e do horario no que poderán ser retirados”. É dicir, se non hai buzón, a xente terá que desprazarse á oficina máis próxima. A isto cómpre engadir que, segundo o novo regulamento, a consideración de “entornos especiais” é amplísima. Abonda con ter en conta, por exemplo, que terán esa consideración (e é un só suposto) “as vivendas illadas ou situadas en entornos cualificados como diseminados e que estean situadas a máis de 250 metros da vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos públicos”. Xa se ve, polo dito, que practicamente todo o rural galego queda baixo estas condicións. Non se esqueza que Galiza non só ten 32.000 núcleos de poboación (a metade do Estado), senón tamén máis do 50 por cento dos carteiros de España. Atopámonos así nunha situación que é nomeadamente grave en Galiza, que minora a condición de servizo público dos correos, que non ofrece garantías de inviolabilidade da correspondencia, que obedece a criterios puramente economicistas e non de seguridade e eficacia do servizo, e que, a máis de todo iso, pode supor, de se implantar, a perda de máis de 400 postos de traballo en Galiza, sobre todo no deprimido medio rural; todo iso, por non insistir na perda de calidade, o trastorno dos usuarios e un incumprimento do espírito da Lei. Esta situación estámola a sufrir na provincia con milleiros de persoas afectadas xa que en todos os casos nos que as vivendas familiares disten a máis de 250 metros dunha vía pública ou aquelas vivendas que formen parte dun núcleo no que haxa menos de dez casas habitadas o servizo de entrega centralizarase nun buzón único. Do mesmo xeito prevese a medio longo prazo unha redución dun cuarto da plantilla de correos no concello coa aplicación deste decreto. Tendo en conta estes datos o grupo provincial do Bloque Nacionalista Galego solicita ao Pleno da Deputación de Pontevedra, adoptar o seguinte ACORDO: 1.- Dirixirse ao Goberno Galego para que inste ao Ministerio de Fomento do Goberno do Estado a garantir, sen detrimento das condicións laborais do persoal, a prestación eficaz do servizo postal universal no termo municipal en condicións de igualdade e non discriminación polo lugar de residencia, revocando, asemade, calquera medida que poida menoscabar o dereito cidadán á inviolabilidade da comunicación postal. 2.- Enviar o presente acordo ao Presidente e ao Vicepresidente da Xunta de Galiza, ao Presidente do Goberno do Estado e á Ministra de Fomento.” 15.5666.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas, ¿non hai?, levántase a sesión moi bos días. Si, hai, hai máis. Sr. D. Daniel Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Bos días, presentamos o 8 de febreiro unha pregunta ó Sr. Presidente unha pregunta sobre o estudo da posta en marcha dunha liña de transporte público entre Peinador, Pontevedra e o Salnés, presentada o día 8 de febreiro e esperamos que á maior brevidade posible, antes, trasladar a información que solicitamos en dita pregunta. Sr. Presidente.- Moi ben, pois intentaremos ser áxiles e informarlle como está esa situación neste momento. Ten a palabra o Sr. D. Gabriel Martínez. Sr. Martínez Giráldez.- Bo día a todos e a todas. Mira, a pregunta é a seguinte: a Deputación está vendendo na prensa local do Condado e Paradanta a execución dos proxectos, acondicionamento medioambiental das marxes do río Tea, tramo Ponteareas-Covelo, que vostedes no programa POL presentan no número 9, e senda fluvial no río Miño nos municipios de Crecente a Salvaterra, o cal presentan no posto número 8, e CRD Vontade Centro de recursos para persoas con discapacidade que o presentan no posto número 7, e bueno, a miña pregunta vén, imaxínome, se a Deputación asume e vai a levar a cabo a modificación orzamentaria, igual que o Sr. Silva propoñía en Gondomar, que a execución dos anunciados proxectos sexan ou non incluídos no Programa do Estado, porque se os están vendendo vostedes é que o van a facer, imaxínome que terán previsto xa contemplar, pois a execución deses proxectos coa partida correspondente. Sr. Presidente.- Pois esa pregunta ten unha contestación moi moi fácil, se o Goberno do Estado que nos retirou, non a nós dito sexa de paso, ós concellos da provincia, pois aproximadamente 20 millóns de euros, está en disposición de concedernos o que pedimos, nós encantados de poñer a parte que nos corresponde que pode ser entre un 20 e un 25%, vostede faga todas as xestións posibles para que nos dean os proxectos que están pedidos, que nós entre un 20 e un 25% ímolo poñer seguro, pero primeiro consiga que nos dean os proxectos, o 70% me refiro. Sr. Martínez Giráldez.- Mire, pois entonces a que vén, se vostedes están vendendo que o van a facer cando realmente non saben se iso está aprobado, e recórdolle que a axuda total para Galiza son de 55 millóns de euros, entón o que non podemos facer, presentamos os proxectos de 88 millóns e agora estamos vendendo de que imos a facer iso, eu creo que hai unha falta de rigor pola parte da Deputación, non sei se é pola parte da Presidencia, se aquí ou a nivel local ou do Condado, quen está filtrando esa información os está enganando ós veciños con algo que non se vai a levar a cabo. Entón pídolles por favor seriedade no tema. Sr. Presidente.- Eu lle explico, hai, xa non é a primeira vez que hai Comunidades Autónomas que non gastan todo o que hai de disposición do FEDER, de fondos FEDER, e polo tanto é a nosa obriga presentar proxectos por maior contía, porque xa non é a primeira vez que nolo dan, déronnos varios premios precisamente pola xestión do POL, é que chegou un goberno socialista a Madrid co apoio tamén do Bloque Nacionalista entre outros e lle impediron ós concellos poñer en marcha 20 millóns de euros nada menos durante 2007-2008 e veremos que pasará, ese é o problema desta situación. ¿Algo máis?. Sr. Martínez Giráldez.- Si, no Pleno de xaneiro pregunteille sobre o estado, perdón sobre a data de inicio das obras de dotar de céspede artificial do campo de fútbol de Angoares en Ponteareas, e non me contestaron, gustaríame saber cando, se foi que se despistaron ou... Sr. Presidente.- Creo que xa empezaron, eu creo que están iniciadas xa esas obras, pois polo tanto bueno, eu creo que hai satisfacción mutua, súa e nosa de que esas obras xa empezaron. Sr. Martínez Giráldez.- Eu creo que está equivocado vostede. Sr. Presidente.- Esa é a información que eu teño neste momento, e vostede, evidentemente, pregunte ben para asesorarse, pero as obras, o que é as obras en si, traballos técnicos, previos e todo o demais xa comezaron. Sr. Martínez Giráldez.- ¡Ah!, a traballos técnicos se refire. Sigo esperando a contestación por escrito. Sr. Presidente.- ¡Ah, cando queira!, pero eu creo que é mellor que vaia polo campo e xa vai a ter alí, incluso máis visualizado non fai falta papel. Sr. Martínez Giráldez.- No campo estou todos os días, non hai problema. Sr. Presidente.- Pois felicítese de que está en marcha, aínda que dixo a Conselleira de Deportes, esa que non fixo nada en Galicia, e sobre todo na provincia de Pontevedra, dixo “prométovos aquí en Ponteareas que vou a poñer en marcha o campo de Angoares”, pero prometer, do prometido ata os feitos non hai absolutamente nada, bueno como tantas moitas cousas que xa dixen antes. Nada máis, moi bos días e moitas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición