Fondos
2008-01-25_Ordinaria. Acta de sesión 2008/01/25_Ordinaria
Acta de sesión 2008/01/25_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/1.2008-01-25_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/01/25_Ordinaria
Data(s) 2008-01-25 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 35 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 25 de xaneiro de 2008 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e cinco de xaneiro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días, imos a dar comezo á sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial do día de hoxe. 1. 5620.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións ordinarias dos días 30 de novembro e 20 de decembro, ambas as dúas de 2007. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 30 de novembro e 28 de decembro, ámbalas dúas de 2007. 2. 5621.- APROBACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL E ESTRADAS DO ANO 2008 Sr. Presidente.- Punto número 2. Aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2008. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o Plan Provincial de Cooperación 2008, seguindo o RD 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das Entidades Locais, modificado por RD 1263/2005, de 21 de outubro e Orde de 31 de xaneiro de 2006, conforme ás seguintes estipulacións: 1) O Plan Provincial de Cooperación para 2008, afectará a todos os concellos da Provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes. 2) As obras incluídas no Plan seleccionáronse en base ás propostas formuladas polos concellos, adicadas fundamentalmente a cubrir os servizos básicos municipais, conforme prevé o artigo 26 a), da Lei 7/1985, e as normas do Ministerio de Administracións Públicas. 3) A distribución municipal cífrase en base a un módulo fixo e igual para todos os concellos de TRINTA MIL EUROS (30.000,00), e outro proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes de dereito e extensión territorial de cada termo municipal. A cantidade así obtida, co fin de que a achega do Estado non supere o 40%, repártese de tal sorte que sumadas as achegas da Deputación e do Estado fosen igual ó 60%. A parte destinada á rede viaria provincial polo Estado, increméntase cunha cantidade igual por parte da Deputación, a fin de que as obras se financien ó 50%, tal como establece o Real Decreto. 4) Desta maneira o financiamento total queda como segue ADMINISTRACIÓN IMPORTE Achega do Estado 2.785.386,06 Achega da Deputación 2.278.964,18 Achega dos Concellos 1.519.266,20 Outras achegas 35.329,26 TOTAL 6.618.945,70 A cantidade que figura noutras achegas por importe total de 35.329,26 euros, é debido a que é achegada a máis polos seguintes concellos: Arbo, Crecente, O Grove, Mos, Ponteareas e Soutomaior. As obras incluídas no Plan contémplanse no listado de ordenador adxunto. 5) Apróbase así mesmo o Plan de Actuacións Complementarias, facultándose á Presidencia a seleccionar os proxectos e propoñelos ó MAP, para suplir anulacións de obras ou aplicacións de remanentes por baixas. 6) A Deputación delega nos concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Plan. Se por calquera causa algún concello non aceptara esta delegación, deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponda, no momento de serlle notificada a aprobación definitiva. 7) Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente en canto ás normas de exposición pública e participación ás Administracións interesadas. 8) Este Plan considerarase definitivamente aprobado se trala análise polo MAP non se fixeran observacións ó mesmo. Se se nos requirise para efectuar algunha modificación nas obras, por causas imputables ós concellos, que necesitasen acordo de rectificación do Pleno e conseguintemente nova exposición pública e informe da Subdelegación do Goberno e do Presidente da Comisión Provincial do Estado coas Corporacións Locais, estimarase anulada a obra, aplicando as economías como remanentes nas actuacións complementarias, neste caso, nun Concello distinto ó que producire o remanente. 3.5622.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE COTOBADE Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO Sr. Presidente.- Punto número 3. Adhesión do concello de Cotobade ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral entre a Deputación de Pontevedra e a Dirección Xeral de Catastro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Concello de Cotobade na sesión plenaria que tivo lugar o día 25 de outubro de 2007 acordou solicitar a adhesión do Concello ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. Resultando que o Concello de Cotobade delegou na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión do Imposto sobre Bens Inmobles, delegación aceptada polo Pleno desta Corporación Provincial e efectuada polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Considerando que a cláusula décimo quinta do mencionado convenio de colaboración en materia de xestión catastral determina que, unha vez levada a cabo a delegación da xestión do Imposto sobre Bens Inmobles na Deputación Provincial de Pontevedra, entenderase que o Concello delegante atópase dentro do ámbito de aplicación do convenio. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 19 de decembro de 2007, polo que se acepta a petición do Concello de Cotobade, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do Concello de Cotobade ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. 4.5623.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO Sr. Presidente. Punto número 4 do orde do día. Delegación de competencias do concello de Salceda de Caselas a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Pleno do Concello de Salceda de Caselas na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2007 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental desde o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 19 de decembro de 2007 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do Concello de Salceda de Caselas, para exercer as facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental desde o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como da colaboración na xestión procedimental desde o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio, realizou o Concello de Salceda de Caselas, por acordo do Pleno de data 26 de outubro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 5.5624.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA Sr. Presidente.- O punto número 5, tamén do concello de Salceda de Caselas. Delegación a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Pleno do Concello de Salceda de Caselas na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2007 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 19 de decembro de 2007 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do Concello de Salceda de Caselas, para exercer as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, realizou o Concello de Salceda de Caselas, por acordo do Pleno de data 26 de outubro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 6.5625.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE MOAÑA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN E LIQUIDACIÓN DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA TAXA POR LICENZA URBANÍSTICA Sr. Presidente.- Punto número 6. Delegación de competencias do concello de Moaña a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección e liquidación do imposto sobre construcións, instalacións e obras de taxa por licenza urbanística. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Pleno do Concello de Moaña na sesión celebrada o día 27 de setembro de 2007 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección e liquidación do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 19 de decembro de 2007 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do Concello de Moaña, para exercer as facultades de inspección e liquidación do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de inspección e liquidación do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, realizou o Concello de Moaña, por acordo do Pleno de data 27 de setembro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 7.5626.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DA ILLA DE AROUSA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN, EN PERÍODO EXECUTIVO, DAS MULTAS, TAXAS E IMPOSTOS MUNICIPAIS Sr. Presidente.- E o punto número 7. Delegación de competencias do concello da Illa de Arousa a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación en período executivo das multas, taxas e impostos municipais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Pleno do Concello da Illa de Arousa na sesión celebrada o día 8 de novembro de 2007 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación dos impostos, taxas e multas en vía executiva. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 19 de decembro de 2007 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do Concello da Illa de Arousa, para exercer as facultades de recadación, en período executivo, das multas, taxas e impostos municipais. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de recadación, en período executivo, das multas, taxas e impostos municipais, realizou o Concello da Illa de Arousa, por acordo do Pleno de data 8 de novembro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 8.5627.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE MODIFICACIÓN DE REPRESENTANTES EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- Punto número 8. Moción da Presidencia sobre a modificación de representantes en órganos colexiados. É un erro de transcrición, polo tanto que é do representante neste caso do Padroado de Goberno da Fundación Comarcal do Baixo Miño no que se propón a D. Jesús Fernández Portela. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre modificación de representantes en órganos colexiados, cuxo teor literal é o seguinte: “Dada conta de que no acordo adoptado en sesión extraordinaria do Pleno de 12 de xullo de 2007 sobre nomeamento de representantes en órganos colexiados produciuse erro material ó terse designado como representante no Padroado de Goberno da Fundación Comarcal do Baixo Miño e no Padroado Municipal “Monte Santa Tegra” a D. Jesús Vázquez Almuiña en lugar de D. Jesús Fernández Portela. Considerando que o art. 58 c) do RD 2568/1986, de 28 de novembro, determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados, así como o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/92 de 26 de novembro. Esta Presidencia propón ó Pleno a adopción do seguinte acordo: Modificar o acordo adoptado na sesión extraordinaria do Pleno de 12 de xullo de 2007 no sentido de nomear representante desta Deputación Provincial no Padroado de Goberno da Fundación Comarcal do Baixo Miño e no Padroado Municipal “Monte Santa Tegra (A Guarda)” a D. Jesús Fernández Portela.” 9.5628.- CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN DE ESTUDO E ANÁLISE SOBRE XESTIÓN DE DETERMINADOS CENTROS DA DEPUTACIÓN Sr. Presidente.- E punto número 9. Constitución da Comisión de Estudo e Análise sobre a xestión de determinados Centros da Deputación. Ten a palabra o Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días. Grazas Sr. Presidente. Evidentemente esta Comisión nace dunha reunión pública e coñecida do 16 de xaneiro para analizar os determinados Centros da Deputación. Ben, imos a votar a favor da constitución da Comisión, pero creo que non estaría de máis, non estaría de máis repasar o proceso que se dou e na situación na que estamos, moi brevemente hai unha proposta vía emenda á totalidade, ¿non? deste grupo político, no que se propón reordenar as competencias da Deputación e que por parte do grupo de goberno se faga unha proposta, un planing de reorganización e das competencias con horizonte temporal, basicamente vai en que a Deputación cubra as súas competencias propias dunha maneira máis intensa e se vaia reducindo e eliminando as competencias que non son propias. Durante uns minutos prodúcese unha manifestación da Xunta de Persoal. Sr. Presidente.- Bueno creo que, agradecemos neste caso a presencia pero creo que dentro dunha orde, e polo tanto xa fixeron pública a súa reivindicación cos compoñentes neste caso do sindicato Comisións Obreiras, pero creo que o Pleno ten que transcorrer con normalidade e lles pido polo tanto, unha vez que xa fixeron a súa manifestación, deixamos continuar. Está no uso da palabra neste caso ó portavoz do Bloque Nacionalista Galego, sempre e cando que todo transcorra con normalidade, senón é evidente que tomaremos outro tipo de medidas. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Noutros sitios estamos máis afeitos a estas cousas, aquí na Deputación como sempre balsa de aceite, pois é así como moi novedoso e sorprendente, pero vamos, non pasa absolutamente nada. Ben, como estaba dicindo, xa fixen a parte inicial, e por parte do grupo de goberno, pois houbo, como é evidente esa reorganización de competencias e de servizos ou parte desta casa podería levar, loxicamente debe levar a unha serie de transferencias de centros ou de xestións, ou de órganos de xestión, pois por parte do grupo de goberno, tanto pública como privadamente se solicitou a este grupo que fixera efectiva a oferta que fixera naquel Pleno de en fin, explorar as posibilidades de que se fixeran esas transferencias, efectivamente así se fixo, cumprindo co que nos comprometéramos neste Pleno, e polo tanto os resultados xa están á vista. Por parte da Presidencia, pois constituíuse esta Comisión que pode ser un instrumento útil para analizar iso, pero o que votamos en falta, clarisimamente, creo que o proceso pode ter, un proceso cheo de dificultades como comprobamos hoxe mesmo, o proceso pode ter máis ou menos éxito, segundo o que estea clarificado e realmente pois nós neste momento estamos un pelín desorientados con respecto a cal é a postura do grupo de goberno, que ó final é quen vai a decidir, para iso ten maioría e ten brazos para levantar aquí número suficiente, para decidir unha cousa e outra, entón non sabemos se estamos falando de reorganizar as competencias da Deputación, cales se van a potenciar, cales se pretenden reducir, non sabemos se hai unha disposición clara a transferir certos centros. Un día lemos que si, outro día parece que xa non tanto e demais, e iso é o que votamos en falta, aquí hai unha falta de claridade, permítaseme a redundancia, por parte do grupo de goberno, en canto a cal é o plantexamento que pode ter éxito ou non, pero cal é o plantexamento dunha maneira clara e simple por que parece ser que se quere englobar, e se lee que se quere englobar nunha reorganización de todas as competencias da Xunta e outro día parece que é a transferencia da Escola de Enfermería ou Príncipe Felipe, ¿verdade?, dunha maneira limitada, ou sexa concretada así francamente pois é difícil saber. Entón eu o que pediría á parte de anunciar o seu voto a favorable é que por parte do grupo de goberno se faga unha explicación clara de cal é o posicionamento. Nós dende logo estamos abertos incluso a que isto poida, digamos, adiantarse no tempo por motivos obvios, pola época na que estamos ou o que sexa, pero saber cal é o posicionamento, en que dirección queremos ir cada quen, e cal é a liña na que se vai a traballar, porque tal como se constitúe esta Comisión, pois se cadra tamén se pode entender que é para estudar a xestión dos Centros, se cadra é para ver se esa xestión ..., e a partir de aí tomar decisións, bueno, podería entenderse así, pode entenderse que imos a analizar determinados centros, igual toda a Deputación, a verdade é que se constitúe unha Comisión sen competencias claras, máis que así estas xenéricas, crearon unha Comisión de Estudo e Análise para a xestión de determinados Centros da Deputación, punto, co cal imos a votar a favor dada a orixe e demais, pero vamos, unha Comisión cando se crea ten uns obxectivos claros, estudar tal aspecto, tal outro, tal outro, tal outro ou valorar tal outra cousa, a xestión, se cadra están pensando en facer unha auditoría interna da xestión dos centros a ver como funcionan, non o sei, se cadra están pensando aquí con este eufemismo en traspasar a, b, c, d, e, f.... de non, non o sei, francamente a estas alturas podo dicir que non o sabemos e o que notamos é unha falta de impulso e de decisión de liñas para as que ir, non feitos concretos que iso pode depender doutras partes ou do poder de negociación con sindicatos ou demais que oscurece moitísimo e creo que pode comprometer o destino final, se é que existe ese destino final por parte do grupo de goberno que hai días que parece que si e outros días que parece que non, eu, pediríamos que por parte do grupo de goberno se explique en que dirección quere ir e en función diso que medidas vai a adoptar, moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra o Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, en principio Sr. Presidente vostede anunciou na prensa días atrás, bastantes días atrás a creación dunha comisión especial para falar das transferencias e demais e sorprendentemente hai uns días convocounos ós voceiros dos grupos e a un representante da Xunta de Persoal e o que lle dixemos naquel momento, naquela xuntanza, é que realmente se querían crear unha comisión tiñan que levar a Pleno este acordo, cousa que hoxe fan, pero tamén sorprendentemente o martes pasado, cando nos convoca ós portavoces, para falar da orde do día do Pleno na orde do día que nos entregan non figuraba a creación desta Comisión, inda que bueno, despois retomaron o tema e media hora despois ou unha hora despois anunciaron que era un problema de descoñecemento e que si, que traían a Comisión ó Pleno, pero un cando recibe a orde do día do Pleno, mira que o título da Comisión é Constitución da Comisión de Estudo e Análise sobre a xestión de determinados Centros da Deputación, e claro o que lle fala recorda que lle dixo ó empezar aquela primeira xuntanza de portavoces e o representante da Xunta de Persoal, que realmente nós o que queríamos dende o principio era coñecer a posición do Partido Popular, e dicíalle unha cousa que sigo mantendo, e dicir, a min me parece bastante, como mínimo lóxico, que un partido político que leva, pois todos estes anos gobernando con maioría absoluta, polo menos dende o ano 83 nesta Deputación e que estivo durante 16 anos gobernando a Xunta de Galicia tamén con maioría absoluta, loxicamente debería ter un modelo do que pensan vostedes, cales son as competencias da Deputación e porque non fixeron antes estas transferencias si realmente queren facer as transferencias, porque mellor oportunidade da que tiveron non a teñen agora, precisamente, é dicir, maioría absoluta en Santiago, maioría absoluta aquí, e curiosamente volvo a repetir non fixeron isto nin antes nin cando estaban naquela posición, entón lle dicíamos, bueno de acordo coa creación da Comisión, pero loxicamente nesa Comisión ten que discutirse, por parte dos tres grupos polo menos, discutirse cales entendemos cada un de nós que deben ser as competencias da Deputación, é dicir, debemos delimitar esas competencias da Deputación, porque realmente iso é certo, na Lei das competencias das Deputacións é demasiado etérea, poden ser case todas ou poden ser as que queiran, e priorizar uns puntos nos que traballar esta Deputación. Iso era algo e é algo que nós entendemos que hai que facer, falando loxicamente co goberno de Galicia e realmente, bueno pois o goberno provincial non se caracterizou ata agora, polo menos nestes dous últimos anos por ter unha liña de diálogo aberta co goberno de Galicia, máis ben ó contrario, ben pero como fondo desta cuestión, volvo a repetir, é falar polo menos para nós, falar non só dos centros senón da limitación de competencias da Deputación e que nos conte o Partido Popular cal é a súa posición nestes temas, e esta é xa unha pregunta persoal, ¿é por que razón ata agora non traballaron neste sentido?. Volvo a repetir cando tiveron maioría absoluta en Santiago e maioría absoluta aquí, cando nos conten iso poderemos todos fixar posicións, eu adiántolle xa agora mesmo que nós si vamos a participar na Comisión que nós si estamos de acordo coa Comisión e o que lle dicíamos naquela xuntanza, estamos de acordo coa Comisión para falar non soamente dos centros, senón de máis cousas de traballo nesta Deputación, se é así conte con nós, e se quere seguir no camiño que levou nestes dous últimos anos, pois loxicamente nun momento determinado nós sairemos da Comisión porque a ese xogo non imos a xogar. Por agora nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Ten a palabra o portavoz do Partido Popular D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Dicía que bos días. Creo que as dúas intervencións tanto do Partido Socialista como a do Bloque Nacionalista dende logo nos deixan desconcertados, desconcertados no senso que miren, falen por vostedes non polo noso grupo, aquí o que fai a petición é o Bloque Nacionalista Galego na provincia de Pontevedra, na Deputación de Pontevedra, de intentar falar das competencias da Deputación de Pontevedra, e digo ben, da Deputación de Pontevedra non das Deputacións, porque que nós saibamos vostedes gobernan na de A Coruña e na de Lugo e non fixeron este plantexamento, polo tanto, bueno pois, primeira contradición, primeira incoherencia, ¿que é o que pretenden vostedes?, ¿só plantexar esta cuestión na Deputación de Pontevedra e non nas demais Deputacións?, primeira cuestión que vostedes poñen enriba da mesa. Segundo tema, vostedes fan unha petición, unha petición que nós recollemos, recollemos ante a solicitude dun grupo e dicimos que estamos dispostos a constituír unha Comisión, a sentarnos a falar da análise da situación de cada un dos Centros da Deputación e das súas competencias, polo tanto máxima transparencia, nese intervalo de tempo hai unha solicitude do Presidente do Comité de Persoal que a nós nos parece coherente e correcta que o persoal, loxicamente, se hai algunha posibilidade de cesión dalgún Centro á Xunta de Galicia pois teña voz e participe coas súas opinións dentro das posibilidades de negociacións, así se acepta tamén, o Presidente da Deputación ten unha reunión co representante do Comité de Persoal e acepta a petición do Comité de Persoal de estar presente en todas as negociacións que se podian establecer e en todas as conversas que se poidan entablar dende esta Deputación, e así se fai, se constitúe unha Comisión onde participa o Presidente, loxicamente, os voceiros de cada un dos grupos políticos e o Presidente do Comité de Persoal, e nesa xuntanza a conclusión clara á que chegamos é que temos que ter un interlocutor da Xunta de Galicia para saber cal é a opinión da Xunta de Galicia, evidentemente nós podemos fiarnos do Sr. Mosquera, do Sr. González a nivel persoal, incluso a nivel político e incluso podemos ata entender que teñen os respaldos dos seus grupos políticos pero evidentemente teñen que entender que a interlocución con outra Administración non pode ser un representante dun grupo político noutra institución, neste caso a Deputación, e por iso, por iso bueno, pois se fai a solicitude ou se queda nesa xuntanza que constituiremos a Comisión, que a levaremos a Pleno, así se trae a Pleno e que a partir de aí se buscará a interlocución coa Xunta de Galicia, porque claro, eu creo que aquí subxace un problema real, un problema real do modelo territorial que de momento creo que non está clarificado, dos propios partidos que gobernan a Xunta de Galicia, é dicir, eu creo que iso é un debate que non se lle pode escapar á opinión pública, detrás de todo isto hai unhas diferenzas claras de dous partidos que gobernan a Xunta de Galicia que non teñen claro cal é o seu modelo territorial, porque senón non ten ningún sentido que hai unhas horas, hai unhas horas, hai uns días, unha Consellería estea esixindo a esta Deputación que participe nunha serie de aportacións ou de colaboracións con organismos que tamén temos nós a dúbida de se podemos ter competencias ou non, é dicir, bueno, eu creo que a Xunta de Galicia como goberno en si, non como partidos, terá que clarificar a súa postura, se é a, se é b ou se é c, os partidos que gobernan a Xunta de Galicia, bueno pois nós entendemos que teñen diferentes criterios, distintas formas de pensar sobre o que significan as Deputacións, e proba diso é que mentres onde gobernan vostedes, vostedes asumen todas as responsabilidades, fixeron presupostos, presentaron presupostos con competencias, que bueno que podemos ter a dúbida de se son ou non da Deputación, pero que na Deputación de A Coruña e na Deputación de Lugo non se abriu ese debate, a nosa pregunta, nos gustaría tamén saber, que vostedes lle dixeran á opinión pública ¿por que abren o debate única e exclusivamente na Deputación de Pontevedra?. Eu creo que sería importante, porque miren eu dende logo como un simple Deputado do equipo de Goberno me sinto moi satisfeito hoxe, aquí, destes traballadores, que estean aquí nesta sala, e me sinto satisfeito polo que din, é difícil que nós teñamos o respaldo que din por uns servizos públicos de calidade, non ás transferencias, non ás privatizacións, e dicir ¿saben o que nos están dicindo a nós os traballadores?. Que están contentos, contentos co traballo realizado nesta Deputación, é dicir, non queren ir á Xunta de Galicia, teñen dudas que un goberno de progreso da Xunta de Galicia poida darlle maiores recursos e maiores medios dos que lle dá a Deputación, gobernada polo Partido Popular, esa é a conclusión que nós sacamos, e ademais incluso na nota do propio Comité de Persoal así o din, que cuestionan que se poidan ceder estes centros porque nalgunhas Consellerías da Xunta de Galicia están facendo privatizacións, o din eles nas súas reclamacións, pois dende logo eu lle diría ó equipo de goberno e ós compañeiros do Partido Popular que hoxe debe ser un día de satisfacción para nós, nunca nos encontramos co respaldo duns traballadores nuns traballos que estamos facendo, é difícil, sempre soe ser ó contrario, parece que o respaldo e a autoridade en políticas de progreso, sociais, etc., sempre as ten o BNG e o Partido Socialista, pois mire, parece que están cambiando as tornas, parece que de vostedes de momento xa teñen dúbidas, empezan a ter dúbidas de que o Bloque e o Partido Socialista lle poidan resolver os problemas mellor que institucións coma esta Deputación, eu creo que ese, pois dende logo, é unha conclusión para nós clara. E mire con respecto ó dialogo desta Deputación coa Xunta de Galicia, home Sr. González o Presidente da Deputación pediu por escrito, por carta, por telegrama, por todas as vías posibles unha entrevista co Presidente da Xunta de Galicia, a día de hoxe, despois de ¿canto tempo levan gobernando?, dous anos e medio creo xa, esa entrevista non se concedeu aínda a día de hoxe, nos gustaría saber a todos os Conselleiros que se invitaron cantos pasaron por estas portas desta Casa, ningún, e nós estamos mirando que a Deputación de A Coruña, a Deputación se recibe ó Presidente se atenden, eu creo que hai unha cuestión formal de estética, de ética política, de coherencia, a pesar das diferenzas, e que vostedes sempre falan dos diálogos, da falta de transparencia, da falta de non sei que, se ó final son vostedes o exemplo do que non hai que facer, porque o Presidente da Xunta de Galicia pode estar de acordo ou non coas manifestacións ou co posicionamento do Presidente da Deputación de Pontevedra pero o que si non pode obviar claramente que o Presidente da Deputación de Pontevedra representa a unha Institución, a unha Institución da nosa provincia cunha representación elixida polo pobo, e o mínimo que se pode facer é recibilo, aínda que lle dea despois coas portas nas narices, pero polo menos por estética, por ética política, por coherencia e por responsabilidade política é o mínimo que se pode facer. Polo tanto vostede non fale de diálogo, ou que é o que ocorre, ¿é que vostedes cando alguén lles critican ou non están de acordo din estes si e estes non?, pois non, o Presidente da Deputación debería de ser recibido en Santiago de Compostela como foi recibido ou como foron recibidos os Presidentes das Deputacións de A Coruña e o Presidente da Deputación de Lugo, creo que isto é unha cuestión menor pero si moi importante para o que significa. E con respecto ó fondo do tema, mire nós en liñas xerais estamos satisfeitos co traballo que realizan os centros desta Deputación, pero moi satisfeitos, ou vostedes que pensan, que porque unha competencia poida ser ou non, dunha Administración, nós vamos a entregarnos e abrirnos de brazos, é dicir, tomen, lévense vostedes todo e facemos as transferencias a cambio de nada, home polo menos permitan, permitan que algunha capacidade intelectual e algunha capacidade de negociación e de posicionamento político, ata aí aínda chegamos, é dicir, non pensen vostedes que porque o Bloque Nacionalista Galego estea presentando en todos os concellos da provincia de Pontevedra pois a posible debate das competencias da Deputación, pois que este partido político, partido que sustenta a Deputación, o goberno da Deputación de Pontevedra, pois cunha petición se vai a entregar, a abrirse, é dicir, tomen todos os centros a cambio de nada, nós evidentemente imos a garantir, a garantir, se se producise algunha situación destas, as mellores condicións e a mellor situación para a Deputación de Pontevedra, e por suposto, que aí está pois unha parte fundamental, que foron os que contribuíron dunha maneira clara a que estes centros hoxe teñan unha certa relevancia no contexto autonómico e no contexto provincial dos servizos que se presentaron que é unha parte importante, que son os propios traballadores destes centros. Polo tanto eu creo que a posición do Partido Popular está clara, vostedes nos invitan a participar, nos piden que abramos un período de negociación, así o facemos, pero evidentemente non nos pidan agora mesmo que nós poñamos enriba da mesa desa posible negociación, pois todos os nosos posicionamentos ou as nosas reivindicacións, estamos dispostos a escoitalos para saber primeiro se vostedes están de acordo, que iso xa empezamos a ter dúbidas de que vostedes estean de acordo nos plantexamentos que fan, porque volvo a repetirlle mentres o Bloque Nacionalista Galego está facendo un posicionamento claro nesta cuestión, vostedes do Partido Socialista nos están reivindicando que participemos en competencias e en aportacións a temas de bombeiros que ó mellor pode resultar que as competencias sexan dubidosas desta casa, é dicir, poidan ser dubidosas desta casa, nalgúns plantexamentos, polo tanto non nos estean pedindo por un lado que fagamos unha cousa, e polo outro, outra parte do goberno da Xunta de Galicia nos estea dicindo todo o contrario, mire, nós este acordo llo vamos a remitir ó Presidente da Xunta de Galicia, que é o competente e a máxima autoridade, e a partir de aí, o desenrolo do proceso, evidentemente o iremos matizando, facendo público o noso funcionamento segundo vaia transcorrendo, pero os que realmente están preocupados polas transferencias son vostedes, nós home ¿se abre o diálogo?, evidentemente se pode abrir, ¿pode interesar a esta Deputación e ós seus organismos e a esta casa, pois reconducir algunhas situacións?, tamén, pero mire só nun centro, por darlle un dato, só por darlle un dato, se vostedes tanto interese dende Vicepresidencia, non teñen onde gastar os cartos ou queren darnos cartos, que nos incrementen rapidamente a subvención e a aportación para Príncipe Felipe, pero xa, que non esperen a mañá, porque se dous mil millóns das antigas pesetas que estamos agora gastando esta Institución en Príncipe Felipe, ¿sabe canto aporta a Xunta de Galicia?, 75 millóns das antigas pesetas, ¿e sabe o que ocorre? que esas competencias si que son íntegras do que ó mellor pode ser unha Comunidade Autónoma neste caso a Xunta de Galicia. Pois que tomen unha decisión inmediata, se o Bloque quere axudar a esta Deputación, pero inmediatamente, multipliquen por dez esa aportación e xa verá como eses servizos que agora mesmo se prestan se poden mellorar dunha maneira considerable, nós estamos dispostos, mire o que lle plantexamos agora mesmo, estamos dispostos a sentarnos con vostedes e a prestar outros servizos ou mellores servizos en Príncipe Felipe, se vostedes aportan a maiores, non reduciríamos nin a nosa aportación, estamos dispostos a que si vostedes queren esa aportación de 75 millóns de pesetas equiparala á nosa, a duplicar o presuposto do Príncipe Felipe e o xestionamos cuns criterios que marquemos conxuntamente, mire que facilidade lle estamos dando, ¿que queren?, ¿que eses servizos se presten mellor?, pois multipliquemos o aporte, dean vostedes a mesma cantidade que nós, duplicamos o presuposto de Príncipe Felipe, melloramos as instalacións de Príncipe Felipe, facemos un proxecto novo consensuado cun plan director para Príncipe Felipe, e xa verán como Príncipe Felipe en vez de dous mil millóns ten catro mil millóns das antigas pesetas para xestionar, xa verán vostedes como eses servizos melloran e como en vez de ter aí 200 nenos, podemos ter outros servizos, que se poden prestar de Asuntos Sociais para esta Deputación, se ese é o problema, se ó final ese é o problema que realmente lle preocupa ós cidadáns, ós cidadáns o que lle preocupa é que lle resolvamos os problemas, coas demandas que nos plantexan, sexamos capaces de darlle solucións, e o demais, o das competencias, pois ben, está ben para os políticos, para os debates políticos, está ben para que cada unha das institucións poida delimitar as súas competencias, pero evidentemente iso é o que menos lle preocupa ós cidadáns, o que pasa é que vostedes como ocorre sempre intentan trasladar á opinión pública debates que agora se demostran que non son certos, ademais sabe o que está ocorrendo con este debate que tamén é importante, que os cidadáns da provincia de Pontevedra sepan realmente o que xestiona a Deputación, mira que favor nos están facendo, que moitas veces é dificil transmitir á opinión pública cales son os organismos, cales son os traballos que fai a Deputación, cales son as actividades que ten a Deputación, a que número de persoas a Deputación pode atender de demandas que se plantexan de todo tipo, pois mire, agora xa hai unha parte importante da cidadanía que pregunta, ¿que é iso das transferencias?, ¿que queren transferir?, ¿que é o que xestiona a Deputación?, pois mire a Deputación xestiona centros que son centros pioneiros e son centros que están prestando uns servizos de calidade ós veciños e veciñas da nosa provincia, eu creo que ese é ó final, dende logo, o posicionamento do noso grupo político, nós estamos abertos pero abertos a non calquera condición evidentemente, non vaian a pensar vostedes que nos volvemos tolos de momento, non nos volvemos tolos, nós queremos primeiro saber que é o queren vostedes, e como hai na Xunta de Galicia dous partidos, pero hai un goberno só, ou debería haber un goberno só, que claro nós xa dubidamos que exista un goberno só, se hai un goberno só, vostedes dende a Xunta de Galicia como Presidente da Xunta de Galicia vai a ter o luns este escrito enriba da mesa, pois que nos faga o plantexamento. Sr. Mosquera vostede ten un Vicepresidente, que supoño que ten boa relación co Presidente, ou polo menos fala, supoño que falarán, é dicir, supoño que non será un goberno dividido totalmente, é dicir, estas áreas son miñas, e estas son ..., creo entendelo así, ou debería entendelo como cidadán, ou me gustaría como cidadán que fora así, se vostedes esa inquedanza, que o Presidente da Xunta de Galicia nos concrete cales son os plantexamentos e que o Goberno da Xunta de Galicia no seu conxunto, non o Bloque Nacionalista Galego nin o Partido Socialista por libre, nos digan o que queren facer, porque podería darse a curiosidade ou a circunstancia que se un departamento, que temos un organismo autónomo, dependese do goberno ou da parte do goberno do BNG tivese unha postura, e se dependese da parte do goberno do Partido Socialista tivese outra postura totalmente distinta, imaxínense vostedes na contradición que poderíamos entrar dende esta casa para tomar unha decisión, eu creo que o posicionamento está perfectamente claro, Sr. Mosquera o que se ten que aclarar e o que queren vostedes coas Deputacións, pero non sexan incoherentes que creo que é o peor que pode haber na política, se aquí din unha cousa digan o mesmo na Deputación de A Coruña ou o mesmo na Deputación de Lugo, porque non lle pode valer ós cidadáns que aquí como non gobernan vostedes pretendan desmantelar a Deputación pero onde gobernan se suman a todo, se suman ás Xuntas de Goberno, se suman a decisións de gobernos, se suman a xestionar as que son competencias e ás que non son competencias, porque hai claros clarísimos exemplos desta situación, eu creo que teñen que ter primeiro vostedes é coherencia, dende logo nós temos a mesma postura en A Coruña, en Lugo, en Ourense e en Pontevedra e temos a mesma postura gobernando e estando na oposición eu creo que iso ó final é o importante da política, coherencia. Sr. Presidente.- Moitas grazas Sr. Figueroa. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Sr. Figueroa usa vostede a técnica moi reiterada no seu caso de falar mezclando todo para que ó final non haxa ningunha claridade, eu preguntaríalle unha cousa da súa intervención, só deduzo algo, ou quero deducilo, que queren deixar pasar as xerais e despois xa falaremos en serio, porque senón temos, recoñece abertamente que Príncipe Felipe son competencias da Xunta, despois di que esta contenta a esta casa, os traballadores con que quede todo iso, non hai transferencias, non hai transferencias ¿verdade?, mezcla que se se divide, se teñen decidido iso, se teñen decidido que a situación é óptima e perfecta, a Deputación funciona moi ben e os centros tamén, e están ..., competencias non tiña sentido de que abriran isto, nin que reuniran a Comisión, teñen maioría para dicir que non e acabouse, acabouse, como fixeron outras veces por outro lado, porque esta proposta non é nova e outras veces así o fixeron, entón despois empeza cos rollos do goberno da Xunta ou o que sexa, mire vostede e non estamos discutindo ningún modelo territorial, non estamos discutindo ningún modelo territorial, estamos falando de aplicar a Lei de Bases e a Lei de Administración Local Galega, que a fixeron vostedes, por certo, que a fixeron, léana e igual lles saca de diversas dúbidas, ou sexa os concellos teñen a obriga, os de máis de 20.000 habitantes, de ter bombeiros, e os de menos é unha competencia que non teñen financiada, co cal vai ó seguinte artigo e di: a Deputación, a función primordial é que se cumpran os servizos de competencia municipal nos concellos en que non teñen financiamento para facelos, competencia clara desta Deputación é dotar ou colaborar dotando se tal, pero dotar de bombeiros ós concellos que teñen menos de 20.000 habitantes para que os seus cidadáns teñan os mesmos servizos que os que teñan máis de 20.000 habitantes, clarísima, non hai ningunha discusión, non sei onde sae esa dúbida, non sei onde lle sae, como hai outra serie de competencias da Deputación que están aí clarisimamente e non se están exercendo, non está exercendo esta casa, agora o que non entendo é esa historia, valeirar de contido ou non valeirar, se unha administración cumpre estritamente cos seus cometidos ten os contidos substanciais sólidos e que prestan servizos ós cidadáns, outros, pero prestan servizos ós cidadáns, non sei onde está valeirado de contido, non o sei, francamente non acabo de entender, o eterno debate ou sexa, un concello ten competencia en urbanismo, non sei porque ten que organización do territorio, ten un urbanismo, que a exerza, e non a ten ordenación do territorio, que a exerza quen a ten, entón o concello está valeirado de contido porque non ten esa competencia, ¿que vive do aire?, ten unha e outra non, ou non ten competencia en sanidade e tenas en xuventude, no que sexa, pois ten as que ten, demasiadas por certo e a Deputación igual, demasiadas, se as quixera exercer todas, todas as que ten, eliminando as que non ten, tería graves dificultades para exercelas, moi graves dificultades para exercelas, non sería tan doado. E mezcla vostede, que iso, precisamente eu fixen un comentario ó saír da Comisión e volvo a repetilo, aquí parece que falta certa altura de miras, porque este proceso pode rematar, se se abre, que xa teño dúbidas, escoitando teño moitas dúbidas, pode rematar nunha situación en que aquí non gobernen vostedes e goberne a Xunta, entón os traballadores estarían encantados, xestiona o PP na Xunta e todos querían a transferencia, oiga estas cousas son un pouquiño máis complicadas, entón non sei como non pediron a transferencia os traballadores cando gobernaban vostedes na Xunta si é porque están contentos onde administra o PP, pois se ese é o motivo que vostede dixo, pois evidentemente os poderíamos zanxar así, e que claro eu o que vexo nas súas intervencións, por iso eu creo que fixen unha intervención moi suave antes dicindo que o que quero é que se aclaren, e efectivamente non aclaran nada, senón todo o contrario. É certo tonillo de resentimento, entón agora imos a pasar factura, que nos resolvan, mire, Príncipe Felipe está moi mal financiado pola Xunta, evidentemente, pero está igual que cando vostedes tiñan a Xunta, entón dicir agora vamos a metelos, mire agora hai certa altura de miras, en como ordenamos isto de acordo ambas administracións, coa complexidade que ten, ou empezamos a poñer xa problemas antes, pois bueno, dígase que non, non perdamos o tempo se a Deputación tivo durante moitos anos estas competencias, dende o ano 85 non lle corresponden, pois bueno en fin, as leis están para non cumprirse parece ser, pois as tivo, pois pode seguir téndoas, non sei por que abriron este proceso, se este proceso vai a ser de tal, porque non é a primeira vez que este grupo político fai esa proposta, por certo asegúrolle que é o mesmo posicionamento en todas as Deputacións, non nesta, en todas. Por se non está enterado en Lugo nun pacto de goberno se impuxo, pois bueno se meteu que había que transferir á Xunta algúns centros que están en negociación e en A Coruña igual, e en A Coruña que eu sepa, por exemplo os bombeiros, os parques de bombeiros está a Deputación metida en todos eles. Entón que eu sepa o posicionamento, non teño coñecemento estrito de cada un dos detalles pero é o mesmo, non estamos debatendo iso Sr. Figueroa e vostede o sabe de sobra, vostede o sabe de sobra, de sobra, ou sexa esta Deputación quere reorganizar as competencias, quere ter máis medios para dotar de alcantarillados ou de depuradoras ós concellos pequenos, para atender as praias, para atender ós bombeiros, para impulsar por exemplo o patrimonio, etc., ¿quere ter máis medios para iso?, se ese é o debate, non se vacía a deputación nin se enche, simplemente se cambia as funcións, e evidentemente quen ía a saír tremendamente beneficiado serían os concellos, sobre todo os pequenos, que acto de lei, pero non a lei de competencias senón a lei do carto, do carto, vostedes saben que pois igual o concello de Vigo pola poboación lle mandan de financiamento pois 50.000 pesetas ou 300 euros por habitante, o concello de Pontevedra igual lle mandan 47 pero ó concello de 1000 habitantes igual lle mandan 30.000, ou sexa máis pequeno con menos escala e non pode prestar os servizos e as Deputacións están xusto para suplir iso, e teñen os cartos para iso, vamos que non son competencias suficientes como para facer maravillas por toda provincia, iso non é o debate, o debate é se todos os cidadáns da provincia van a ter a esta Deputación tal, non estou plantexando a supresión da Deputación, nin modelo territorial nin nada que se lle pareza, senón que se cumpra a Lei e que os cidadáns, o que está previsto na Lei, que é que cando un concello non chega porque non o financian chega a Deputación a través do concello ou mancomunidade ou directamente, que iso é o que está previsto no tema de arquitectura institucional, pois que se cumpra o que está plantexando, entón hai uns recursos que se están retraendo a outras actividades que teoricamente terían que cumprir outras administracións e que non se poden dedicar ó que realmente terían que estar predestinados, están enviados á Deputación para que cumpra, porque a Deputación non nos esquecemos que se financiase basicamente dos cartos que transfire o Estado a través da Xunta, ese é o debate, ¿vostedes están dispostos a reorganizar esta casa para que os cidadáns, sobre todo os de concellos pequenos, teñan os servizos de competencia municipal que os concellos non poden prestar porque non están financiados a través desta casa?, para iso evidentemente teñen que ir recortando noutros gastos que está ben prestalos pero que non son competencia estricta, que están imposibilitando que se cumpra ese fin da Deputación, vostedes son os que están en contra da Deputación, están violentando o sentido que teñen na Lei, eu non estou plantexando este debate, en absoluto, non o estamos plantexando, sería outro lugar e ocasión para plantexalo, sería outro lugar e ocasión, estamos plantexando que se cumpra a lei no sentido de que se presten os servizos que non está prestando ninguén porque non se pode e é a Deputación a que tería que prestalo. Ben, se queren ir por ese camiño, repito o ofrecemento do Pleno dos orzamentos, conten con toda a nosa colaboración pero teñen vostedes que decidirse se queren ir por ese camiño ou non, se o camiño é “entón aproveito porque o Presidente da Xunta non me recibe ou recibe, porque eu non fun ó Parlamento e tal”, entón iso tamén vai, iso xa é condición previa e á parte Vicepresidencia meta cartos aquí cando mete os mesmos que antes e á parte queremos que se cambie non sei que lei de paso. Bueno, ben, son vostedes libres pero entón non digan que entran e digamos con altura de miras e cunha decisión de fondo sobre este proceso, iso é o que voto en falta e vostede mo está ratificando, ben pois é que temos, vostedes abriron así, non sabes, non quero usar unha expresión así simpática que uso por aí, un poquito nada máis, un si, non, pero si, non sabemos, si pode ser, non, bueno, mire é si ou non, vamos nesta liña, ¿que fracasa?, queremos ir nesta liña, queremos transferir ou recortar gastos aquí para aumentar cartos para transferir ós concellos para que, queremos ir nesta liña, ou para actuar a Deputación directamente, vamos depende dos casos ou a través da Mancomunidade, queremos ir nesta liña, ben, eu lle puxen un exemplo na Comisión, o que pasa que na Comisión esa, vamos á Comisión, a reunión esa famosa, entra, sale, entra, sale, sale, entra, sale, entra, é imposible centrar nun debate porque estaban varios membros do grupo de goberno entrando e saíndo, non sei porque supón que é menos competencia da Deputación, por exemplo é menos lustrosa, se queren en termos políticos, pois por exemplo os concellos de menos de 50.000 teñen competencias pero non financiamento, non a obriga de prestala en Medio Ambiente, que a Deputación se encargue de ter todas as praias da provincia, mira que hai, como os chorros do ouro, non sei porque iso luce menos pois queren desenvolver outra competencia, agora si os concellos que non teñen financiamento para iso teñen que andar como poidan ou mendigando a máquina aquí, bueno non o entendo, non entendo cal é o proceso mental, non o entendo, non o entendo, entón probablemente o debate chegue en moi mal momento, antes fixen referencia a iso, pola época na que estamos, posiblemente haxa que tranquilizalo pero primeiro teñen que aclararse se queren avanzar neste proceso, esta casa que ten que avanzar neste proceso, e se quere avanzar e resulta que a Xunta lle di no, pois diga pois diga mire é que a Xunta non está cumprindo a Lei mire pois mala sorte, saben que non é así, saben que a Xunta lle vai a dicir que si, xa veremos as condicións no seu momento, lle vai a dicir que si, pero como se dixera que non, bueno pois se di que non é que non quere cumprir a lei, vamos adquirir as súas competencias e está limitando a capacidade da Deputación para prestar as súas propias, ben correcto pois creo que é algo perfectamente intelixible para os cidadáns e non creo que fora ningún desdouro para esta casa abrir este proceso, pero non nos acabamos de enterar se queren abrilo claramente ou non, e de abrilo parece que si, queren abrilo parece que si, pero non me acabo de aclarar a donde queren chegar exactamente, o que pasa é que sempre hai un condicionante, non sei que, está de maravilla agora, funciona, pero se non estamos discutindo se funciona ben ou mal o centro, o que estamos discutindo e si os recursos que a Deputación dedica a eses centros os debe dedicar a outra cousa ou non, porque non é unha competencia estricta, é o que estamos discutindo, polo menos nós é o que estamos discutindo, vostedes a verdade é que non me acabo de aclarar exactamente que é o que están discutindo, non me acabo de aclarar, pero bueno á parte os discursos do Sr. Figueroa sempre van para arriba, para abaixo, para aquí, por un lado si, por outro non, entón non sei que, entón dalle para arriba que ó final tal, pero bueno creo que da intervención quedou moi clariño, moi clariño no que estamos, eu creo que non dá para máis, non dá para máis, constituímos a Comisión, vamos a ver que dá, diríxanse e tempo haberá de ir analizando como evoluciona, que é ó final contraditorio co resto do discurso, hoxe por todo o Partido Popular que estamos abertos a, ou sexa non vamos a impulsar nada, estamos abertos, bueno estamos abertos non sei con que condicións, bueno pois vamos a ver se estamos abertos a condicións pero creo que a día de hoxe isto non dá para máis. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera, ten a palabra o Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa eu quería dicir que desgraciadamente esta Comisión xa nace morta. Acabo de chegar oíndolle a intervención a vostede, cheguei a esa conclusión, esta Comisión nace morta, desgraciadamente volvo a repetilo, porque claro empeza vostede falando, facendo un canto ao que segundo vostede defenden e defenden vostedes ou din vostede, mira para alí, os das privatizacións, home que diga isto o voceiro do Partido Popular agora mesmo, que fai uns meses lanza unha iniciativa dun servizo de gardería como xestión privatizada, de entrada xa, home pois mire eu de verdade eu é que xa me calaría co tema, pero bueno dá igual, da exactamente igual, e mire sinceramente quen lle di isto non lle ten absolutamente ningún medo ás privatizacións depende en que cuestións, así de claro, pero hai cousas que un non pode por aí saltar defendendo cando resulta que uns meses atrás cae na maior contradición co que está dicindo agora mesmo, pero ben, mire na Comisión, perdón na xuntanza cos voceiros eu plantexeille claramente alí e ó saír coa prensa igual, díxenlle claramente que nós non somos os embaixadores do goberno de Galicia na Deputación de Pontevedra cousa que vostedes confunden, ben parece que é un papel que nos queren atribuír vostedes a nós, e non o somos, llo dixen naquel momento, claro llo dixen naquel momento e o dixen ó saír, nós o noso grupo está aquí para defender os intereses dos cidadáns da provincia, punto, é dicir, estamos dispostos a discutir, volvo a repetir, dentro dunha Comisión e a intercambiar pareceres e a facer unha negociación de intercambio de plantexamentos do que pensamos entre todos na Deputación, pero a partir de aí Sr. Figueroa a negociación loxicamente, negociación real, terá que levala o goberno da Deputación co goberno de Galicia, pero tan claro como isto, pero para nada me pida e me volva a utilizar nesas cuestións porque xa llo dixen claro o outro día e o sigo facendo agora mesmo aquí outra vez, e é certo Sr. Figueroa que na Xunta de Galicia hai un goberno de coalición conformado por dúas forzas políticas que se poñen de acordo para gobernar Galicia pero que cada unha en diferentes cuestións ten un plantexamento diferente, e iso é normal en calquera goberno de coalición, home pero que diga isto quen formaba parte, o seu partido político, dun goberno ata hai dous anos e pouco, que si sería dun partido político ¿como se autodenominaban?, boinas e birretes ¿non?, con puñaladas polo medio, ceses e as de Dios. Sr. Figueroa mire, aquí hai para todo o mundo, hai absolutamente para todo o mundo, como é certo dicir vostedes que son os campións da non privatización e fichan ó número dous, ó campeón do mundo desas historias, volvo a repetir hai para todo o mundo, pero mire eu na intervención de antes facíalle unha pregunta e é ¿cal é a posición do Partido Popular con respecto a estas cuestións?, e lle dicía ó empezar a intervención que entendía que nacía morta a Comisión, porque resulta que nos está dicindo todo funciona perfectamente e ata o de agora fixémolo de cine, pois mire se funciona perfectamente e funciona de cine non creen a Comisión, é dicir, xa votaron que non cando outro grupo político lle plantexou este tema votaron que non no Pleno de orzamento, e agora mesmo o normal é que nin o trouxeran aquí se están tan satisfeitos, adiante, llo dicía o voceiro do BNG e é certo, ¿que pasa?, ¿que cando gobernaba o Partido Popular en Galicia para vostedes estaba todo perfecto co nivel de diñeiro do goberno de Galicia na Deputación?. Pois se estaba todo perfecto segue estando, supoño ¿non?, ou é diferente o plantexamento, volvo a repetir, é dicir, de verdade, se estiveron dezaseis anos gobernando en Santiago e aquí estaban gobernando con maioría absoluta ¿por que non plantexaron as cousas por defecto?. Me falaba vostede dos bombeiros, home, mire, é curioso a cuestión dos parques comarcais de bombeiros, a Xunta cerra unha negociación, a Deputación de A Coruña gobernada, efectivamente polo Partido Socialista e polo BNG, aceptan e sorprendentemente a Deputación de Pontevedra saca as patas por enriba da mesa, pero a Deputación de Ourense que tamén é do Partido Popular, gobernada polo Partido Popular di que si, que quere que lle diga, é dicir, non entro en razón de ningún tipo, simplemente como dicía o Sr. Figueroa falaba de coherencias, pois coherencias para todo o mundo, coherencias para todo o mundo, e Sr. Figueroa non esqueza unha cuestión, o Presidente desta institución negouse a comparecer diante do Parlamento Galego. Creo que estamos todos de acordo que no Parlamento Galego reside a soberanía do pobo galego ¿non?, creo entón que quen empeza así, pois bueno aparece, segue tendo problemas despois porque lle dicía antes o do parque de bombeiros e podemos falar de multitude de cuestións pero mire, xa que teñen tan claro, tan claro, permítame rematar cunha anécdota, xa que teñen tan claro, tan claro, tan claro, cales son as competencias da Deputación e que o están facendo de acordo coas competencias asignadas por Lei, dígame Sr. Figueroa, e volvo a repetir que é unha anécdota, non é máis que unha anécdota, dígame como estiveron durante anos e anos e anos mantendo, por exemplo, e podemos falar de dez máis, mantendo unha liña de axudas á informatización das confrarías, ¿en base a en que apartado da Lei está nas competencias da Deputación esa cuestión?, dígame en cal, dígame en cal, e volvo a repetir, é unha anécdota, nin máis nin menos que unha anécdota e é certo que podemos nomear dez máis que esas e cando realmente cuestións que si son de competencias se estaban atendendo de peor forma, isto é así, é o que estamos dicindo dende o principio, un marco onde todos teñamos claro este tema, absolutamente todos, tan difícil é iso?, ¿tan difícil é para o Partido Popular dicir “mire o que nós pensamos é a, b, c e d”, porque ata o de agora non o fixeron nunca, seguen sen facelo, nin o fixeron antes, cando gobernaban antes a Xunta e a Deputación, nin o fan hoxe que gobernan a Deputación con maioría absoluta pero non están no goberno de Galicia, ben inda que, como dicía ó principio da intervención, costa dicir que si agora mesmo coa intervención do Sr. Figueroa, xa costa dicir que si a esta Comisión, nós demos unha palabra e imos a cumprila, dicimos que si a esta cuestión, plantexamos o que queríamos discutir na Comisión, ademais do tema dos centros, e a partir de aí, se queren, sentámonos a falar cando queiran deste tema, se queren, que, remato xa dicindo que teño a sensación, pola súa intervención que nace morta simplemente, e que é algo que desgraciadamente veremos, seguro, seguro que pouco despois das elecións xerais, nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González, ten a palabra Don José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, eu creo que pouco a pouco os grupos da oposición empezan a descubrir as súas cartas. ¿Sabe o que lle pasa a vostedes?. Que eu creo que vostedes nunca pensaron que o grupo de goberno lle aceptase as reunións nin sentarse a falar, porque ¿sabe cal é a proposta?. Teñen un debate político de intentar unha vez máis, a mensaxe de arrinconar as institucións onde goberna o Partido Popular e aquí non o conseguiron. Mire por onde lles saíu o tiro, pola culata, miren por onde lle saíu o tiro, pola culata. Home algúns neste grupo aínda pensan, algúns teñen experiencia política, saben quen teñen de adversarios, non de inimigos, de adversarios políticos, e saben cales son as estratexias que vostedes plantexan ou ¿é casualidade que o BNG, estea plantexando en todos os concellos da provincia a mesma moción?, porque é a mesma, preséntana en Vigo, en Redondela, en todos os lados, ¿iso que é?, abrir un debate político para intentar, unha vez máis, dicir o Partido Popular non quere diálogo, non queren buscar acordos, non saben o que queren para as Deputacións, a Deputación é obsoleta, a Deputación non está modernizada, a Deputación é caciquil, e mire, todo iso é mentira, ¿sabe o que está pasando? , o que está pasando é que vostedes se están encontrando cunha mensaxe directa dos que gobernamos nas Deputacións presididas polo Partido Popular que é claro e sobre todo nesta Deputación de Pontevedra, e se deron conta, sobre todo co discurso da pala, o discurso do chapapote, o discurso de que é unha Deputación ou institución retrógada se lle acabou, se lle acabou porque os cidadáns se dan conta, os cidadáns se dan conta dos servizos que presta esta Deputación, os cidadáns que teñen algún familiar en Príncipe Felipe saben do traballo que fan, a xestión que se fai en Príncipe Felipe, os cidadáns que acoden a outros organismos como o ORAL como os demais, pois se dan conta dos servizos que lle presta esta Deputación, e o discurso se lle esgotou, se lle acabou o discurso, vostedes o que lles pasa é que o BNG e o Partido Socialista xa non teñen discurso nas Deputacións, ¿saben por que non o teñen?, porque antes estaban na oposición, pero agora claro como gobernan xa en dúas, din, a xente tamén pensa e din, pero bueno, pero se estes estaban en contra das Deputacións ¿por que na Deputación de A Coruña, na Deputación de Lugo pois utilizan os mesmos mecanismos que utiliza o PP?, teñen soldos, algúns teñen dedicación exclusiva, participan nas Comisións igual que aquí, hai Comisións, hai máquinas de asfalto, asfaltan os camiños, etc., etc., etc., claro, se lle acabou, claro, Sr. Mosquera, éralle moi fácil estando na oposición, venga fuego cruzado contra todos que aquí reino eu. Pero agora se lle acabou, porque claro cando vostedes gobernan, e lle contesto, e Medio Rural asfalta calles, pois non creo que sexa competencia dunha Consellería como Medio Rural asfaltar calles, pero claro asfalta onde goberna o BNG, claro, esa é a gran diferenza, onde goberna o PSOE un pouquiño e onde goberna o Partido Popular nada, é dicir, esa é a diferenza que hai das competencias que vostedes trasladan, e así Medio Rural onde goberna o BNG asfalta o 100%, camiños, calles, humaniza viales, xa fai de todo, eu creo que agora xa é a competencia da Consellería de Política Territorial. Onde goberna o PSOE lle van facendo algo, porque lle sustentan o goberno e onde goberna o Partido Popular, non só non asfaltan, nin camiños, nin arranxan os camiños, senón que as subvencións que viñan doutros gobernos tamén as anulan e agora se están perdendo algunhas, incluso nos tribunais ós que recorreron, cousa curiosa, ese é o gran problema, nós temos un posicionamento claro, vostedes fixeron unha proposta, é que estamos aínda constituíndo a Comisión e xa queren que nós adiantemos a nosa posición, nós temos que escoitar, temos que escoitar Sr. González, ou, ¿vostede como membro representante dunha institución estaría disposto a ceder todos os organismos a cambio de nada?. Eu supoño que non, bueno pois entón esperen, esperen, teñan paciencia, teñan paciencia, deixen transcorrer a Comisión, a ver se o Presidente nos convoca ou non nos convoca, a ver se delega en alguén ou non delega, en quen delegue, porque claro, depende, nós temos, estamos temerosos, temos a dúbida porque se delega nun representante do BNG a postura vai a ser unha, e se delega nun representante do PSOE, pois a postura pode ser outra. Pero nós podemos encontrar que cando teñamos que negociar con Vicepresidencia será unha postura, ou cando teñamos que negociar con outra Consellería, pois ó mellor será outra totalmente distinta, e se vostedes queren falar dos bombeiros, falamos, claro, que sabemos que as competencias de menos de 20.000 habitantes, un dos concellos e a Deputación terá que colaborar e axudar, pero mire, vostedes aprobaron unha Lei de Emerxencias, e ¿sabe o que fixeron coas Deputacións?, os excluíron, nos excluíron, nós pagamos o 50% deses parques e nos excluíron, pero ¿quen entende isto?, a ver ¿quen entende que se cree unha Lei de Emerxencias e unha institución como a Deputación que ten un parque de maquinaria, non digo tan importante como a Xunta, pero nalgúns casos ata si máis que a Xunta, e quede excluído?. É dicir mañá hai unha emerxencia na provincia de Pontevedra en calquera concello, no seu en Redondela, en Vigo ou nun pequeno concello e resulta que a Deputación non ten nada que facer, non participa, hai 18 membros nese Consorcio, nesa formación da Axencia Galega de Emerxencia, que lle chaman vostedes, e a Deputación non ten representación, pero ¿como poden falar de sectarismo vostedes?, pero ademais é un sectarismo rancio, porque cando o sectarismo é para utilizar partidistamente algo aínda ata se pode entender ou xustificar, pero ¿que lles molesta a vostedes que a Deputación teña un membro nesa Axencia Galega de Emerxencias?, de 18 membros que hai, mañá hai unha emerxencia e ten que chamar á Deputación e ¿a quen chaman?, a Deputación non está representada, a Deputación non ten ningún tipo de competencia, non ten nada que participar nin falar. Non sucederá así evidentemente por coherencia, por responsabilidade porque se mañá hai algún problema a Deputación será o primeiro que se sume e porá todos os medios ó seu alcance do que poida suceder, pero ¿a quen se lle pode ocorrer isto?, entón, que falan vostedes de sectarismo, de sectarismo, ningún, e mire con respecto á gardería de Príncipe Felipe, unha matización, porque pode quedar na duda, a gardería é pública, se contrata unha asistencia técnica para a xestión dese centro, pero non se privatiza en ningún caso, en calquera caso se vostedes queren falar de privatización de chiringuitos, pois falamos, empezamos a falar dos chiringuitos que empezaron a crear vostedes ultimamente, que nin as contratacións pasan por a normativa nin polas normas que establece a Lei. Home as contratacións que vostedes fan agora, eu creo que se quere tamén falamos diso porque se pode falar, xa é pola entrevista persoal, e que xa non hai ningún tipo de rubor, xa non hai nin unha soa proba, é dicir, polo menos vestir o santo, non, vostedes é entrevista persoal, é dicir, de todos os chiringuitos que están montando, polo tanto non nos veñan a dar leccións absolutamente de nada nese sentido, porque o que vostedes están facendo, evidentemente pois trae cola e traerá cola no futuro, mire a nosa posición está clara, nós queremos saber que é o que pensa a Xunta de Galicia, queremos saber que é o que a Xunta de Galicia está disposto a aceptar e queremos saber cales son as condicións que vai a plantexar a Xunta de Galicia, evidentemente que nós intentamos xestionar o mellor posible os diñeiros públicos que temos nesta institución, pero tamén lle digo e con toda a boca moi grande e ademais con todo o orgullo, é dicir, esta Deputación o que está xestionando a día de hoxe son servizos de calidade ou de certa calidade, unha calidade razoable, polo tanto non poden vostedes xestionar o que se está facendo, ¿que vostedes poden dicir que ese servizo en vez de prestalo a Deputación o ten que prestar a Xunta de Galicia?, pois vamos a velo en que condicións, vamos a ver que queren facer vostedes con Príncipe Felipe, porque nos tememos que ó mellor non queiran facer o que todos pensamos, a ver se vostedes ó mellor ou a Xunta de Galicia ou Vicepresidencia quere ter aí pois non sei que, outro chiringuito, pois nós non estaríamos dispostos a que Vicepresidencia tivese outro chiringuito aí dos que vostedes están montando. Nós tamén vamos ou poriamos as nosas condicións, claro temos dúbidas, temos dúbidas porque a política que vostedes deseñaron na teoría cando a practican é todo o contrario. ¿Sabe cal é problema, e llo vou a dicir realmente, que vostedes teñen, que vostedes teñen?. Algúns teñen tantos cartos no seu presuposto, tantos, tantos, tantos, por iso dos pactos, e por iso que a cidadanía moitas veces cando hai pactos o mira e o percibe, teñen tantos cartos, tantos cartos nalgunha Consellería que non saben onde utilizalos, ese é o problema que teñen porque non son capaces de xestionar nin os presupostos que vostedes teñen, entón din home hai un centro alí con cento e pico mil metros cadrados ¿e se facemos aquí un buque insignia de non sei que, montamos un par de chiringuitos máis dos que temos, montamos unha serie de persoas máis a maiores, facemos unha serie de contratacións e aquí temos o buque insignia na provincia de Pontevedra dos Servizos Sociais ou de Vicepresidencia?. Ese é ó mellor o problema que vostedes, claro, pero iso nós tamén o intuímos, é dicir, como dicimos os galegos “parvo si pero o xustiño”, o xustiño, ata aí chegamos, por iso queremos saber que é o que vostedes plantexan, en que condicións, queremos saber se vostedes queren Príncipe Felipe para seguir mantendo o mesmo servizo ou queren montarnos aí outra historia desas que vostedes están moi acostumados, queremos sabelo, e cando o saibamos, pois llo diremos á opinión pública, convocaremos esa Comisión, a Comisión como está, o Comité de Persoal se enterará, dirá pois queremos facer isto, pois mira é boa idea o que plantexa a Xunta de Galicia, pois é boa idea, vamos a prestar un mellor servizo, non se preocupe que nós estamos dispostos a negociar, pero evidentemente nós non sabemos as condicións, aquí o único que houbo foi unha proposta política dun grupo que estamos totalmente convencidos que non esperaban a reacción do Partido Popular, de aceptarlle, a ver que é o que pensaban, de sentarse a negociar e iso os desconcertou, e agora que ocorre, agora como hai comisión, ¿saben cal é o problema?, que xa non queren a Comisión, están intentando buscar as desculpas para dicir, ¡ostra!, estamos atrapados, estamos atrapados xa non queremos Comisión, nós si que queremos Comisión, nós queremos esa Comisión, queremos saber o que pensa a Xunta de Galicia, queremos saber o que pensa o BNG, queremos saber o que pensa o Partido Socialista, e por suposto que tamén a cidadanía vai a saber o que pensa o Partido Popular, claro que o vai a saber pero o vai a saber cando transcorran os acontecementos, non nos pida Sr. Mosquera que lle digamos o que vamos a facer, home, supoño que nunha negociación nós, e vostedes supoño que tamén, defenderán esta institución ou ¿que quere?, ¿que lle entreguemos todos os centros a cambio de nada?, ¿que collamos e lle digamos tomar todos centros, todas as propiedades desta Deputación, tomar todo o persoal e facer o que vos dea a gana?. Home, vostedes ó mellor cando estaban na oposición igual tiñan máis credibilidade, igual tiñan máis, porque bueno defendían, unha parte progresista da sociedade, pero agora iso tururú, iso se acabou, ese discurso Sr. Mosquera, ese discurso, eu dende logo non me sinto nin igual nin menos progresista que vostedes, porque co que vostedes están desmostrando eu creo que algúns se quedaron totalmente desfasados. Claro, na teoría, nos libros funciona, nos libros funciona e na teoría, nas mensaxes políticas, nos discursos políticos, pero cando chegamos á realidade se acabou, vostede ten que xestionar igual os cartos que os demais, e se vostede ten que facer obras, as obras costan un diñeiro, hai que contratar un persoal, hai que facer todos os sistemas adecuados e correctos, e claro vostedes despois ó final onde gobernan, ¿quen son os que privatizan realmente?, vostedes, é dicir, nos pasan pola dereita a nós en privatizacións, se son uns expertos, o perigo é que xa empezan a ser demasiado expertos e a xente xa empeza a dubidar de vostedes, ¿vostede cree que nun escrito dun Comité de Persoal poida aparecer que desconfían de todos os chiringuitos que vostedes están montando?, di o escrito, eu o teño por aquí, non llo vou a ler agora, pero di claramente, din que o gran problema que teñen é que dubidan o que vostedes vaian a facer con eses centros, é dicir, todo o contrario, o que os traballadores antes tiñan a confianza absoluta no BNG e no Partido Socialista agora se está mudando, pero ¿sabe por qué se muda?, porque vostedes onde gobernan actúan desa maneira, son sectarios, privatizan máis que nadie, e ó final non cumpren coas súas teorías políticas que vostedes defendían cando vostedes estaban na oposición, e este é o exemplo clarísimo, claro, contundente e concreto do que vostedes dicían hai uns anos aquí e o din agora e o que fan agora, que é o máis problemático, o que fan, e exemplos non hai un, podemos sacar os exemplos que queiramos enriba da mesa e coidado que levan dous anos e medio gobernando, que aínda deberían de ser uns aprendices, pero carai, vostedes son alumnos pero superavantaxados, levan xa un recorrido en dous anos e medio que non sei onde van a parar se gobernan algúns anos máis, xa veremos, igual privatizan absolutamente todo. Pero bueno esas son outras cuestións que non son o debate de hoxe, posición do Partido Popular e posición do goberno da Deputación, vamos a pedir a solicitude coa Xunta de Galicia co máximo representante para que conforme unha reunión, esa reunión consideramos que a primeira ten que ser do Presidente da Deputación co Presidente da Xunta de Galicia, que os dous teñen que delegar en quen corresponda para crear unha Comisión mixta Xunta de Galicia-Deputación de Pontevedra e por suposto que esta Comisión que agora vamos a constituír estará enterada paralelamente de todo o procedemento que se vaian acontecendo e de todos os movementos que se vaian a producir ó momento, é dicir, nós no momento que se nos convoque en Santiago convocaremos inmediatamente ó día seguinte esta Comisión para dar conta das reunións que se produzan en Santiago de Compostela ou en Pontevedra, onde queiran, que nós aí non somos localistas, se temos que desprazarnos a Santiago imos tamén e non hai ningún problema, pero queremos tamén que o Presidente da Xunta de Galicia marque as directrices polas cales nós temos que guiar e evidentemente en consenso co Presidente da Deputación de Pontevedra que son os dous máximos representantes desta institución e da Xunta de Galicia, e a partir de aí se transcorrerán os acontecementos por suposto que o Comité de Persoal e o seu Presidente estará nesa Comisión permanentemente, e bueno, a partir de aí eu supoño que cada un segundo os plantexamentos que se produzan, evidentemente iremos tomando decisións. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. José Manuel Figueroa. Eu creo que o debate está finiquitado. Sr. D. Cesáreo Mosquera, medio minuto. Sr. Mosquera Lorenzo.- Medio minuto de reloxo, mire creo que non só hai unha proposta clara de que non temos, senón que está por escrito. En segundo lugar, Sr. Figueroa, dado os problemas que se ven pola prensa, e dado o progresista, se me cambia nación, como usou aquí moitas veces, referíndose á nación, á Galega, vamos a ofrecer na próxima lista das municipais, tanta progresía e tal nos deixa encandilados. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa, mire, non vou a volver a intervir, simplemente cando vostede lle está atribuíndo o papel de alumnos avantaxados a alguén está implicitamente asumindo o seu papel de mestre, nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Procedemos polo tanto a esta constitución, a creación neste caso da Comisión de estudo e análise sobre a xestión de determinados centros da Deputación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Queda aprobada entón por unanimidade a creación desta Comisión, bueno a constitución da mesma e a creación. O pasado 16 de xaneiro celebrouse unha reunión presidida por esta Presidencia, cos portavoces dos grupos provinciais e co representante da Xunta de Persoal, ós efectos de iniciar o estudo e análise da xestión de determinados centros da Deputación, e toda vez que estas reunións se van a celebrar con certa periodicidade e, en base ó nela acordado o Pleno acorda por unanimidade crear unha Comisión de estudo e análise sobre a xestión de determinados centros da Deputación composta por esta Presidencia, os tres portavoces dos grupos provinciais e un representante da Xunta de Persoal. Así mesmo, asistirán o Secretario e o Interventor da Deputación. 10. 5629.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número dez da orde do día, comunicacións. Sr. Secretario.- Dar cuenta de los estractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas por la Presidencia entre los días 21 de diciembre del año pasado y el 21 de enero de este año. Queda enterado o Pleno da seguinte: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 21 de decembro de 2007 e 21 de xaneiro de 2008 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, tratáronse os seguintes asuntos: 11. 5630.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE DESTA DEPUTACIÓN NA ENTIDADE CIDADE UNIVERSITARIA, SA Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. Dar conta da convocatoria da Xunta Xeral extraordinaria de accionistas da Cidade Universitaria, SA, a celebrar o vindeiro 31 de xaneiro de 2007, no edificio do reitorado do campus universitario de Vigo. Que vistos os estatutos da referida sociedade e considerando que o artigo 18 determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados, esta Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: nomear representante da Deputación Provincial de Pontevedra na entidade Cidade Universitaria, SA, á Sra. Vicepresidenta desta institución Dona María Corina Porro Martínez. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representante desta Deputación na entidade Cidade Universitaria, SA, que é do teor literal seguinte: “Dada conta da convocatoria de Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas de Cidade Universitaria, SA, a celebrar o vindeiro día 31 de xaneiro de 2007 no Edificio Reitorado do Campus Universitario de Vigo. Vistos os Estatutos da referida sociedade: Considerando que o art. 58 c) do RD 2568/1986, de 28 de novembro, determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Esta Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: Nomear representante da Deputación Provincial de Pontevedra na entidade Cidade Universitaria, SA á Sra. Vicepresidenta desta Deputación Dona María Corina Porro Martínez.” 12.5631.- PARTICIPACIÓN DA DEPUTACIÓN NA PLATAFORMA CIDADÁ VIGO 2013 Sr.Presidente.- Bueno fóra da orde día, quería propoñer tamén así me o traslada neste caso a compañeira Deputada do Bloque Nacionalista Galego a proposta, eu creo que vamos a incorporala por urxencia, neste caso do apoio da Deputación de Pontevedra á candidatura da cidade de Vigo para Universiada 2013 ou 2015, polo tanto votamos a urxencia da mesma.¿votos en contra?, ¿abstencións?, ¿ a favor?, e tamén votamos neste caso a proposta, ¿votos en contra?, ¿abstencións?, ¿ a favor?, da proposta por unanimidade, neste caso de adhesión a esa proposta que nos manda ó concello de Vigo. En relación co proceso de solicitude da cidade de Vigo da súa candidatura á Universiada 2013 ou 2015, para o que se está a constituír unha plataforma cidadá VIGO 2013, o Pleno acorda por unanimidade a participación da Deputación na plataforma cidadá VIGO 2013 de cara á solicitude da súa candidatura á Universiada 2013. 13.5632.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. D. Gabriel. Sr. Martínez Giráldez.- Bos días Sr. Presidente. Recentemente saíron unhas publicacións na prensa onde a Deputación se comprometía a dotar de herba artificial ó campo de fútbol de Ancoares en Ponteareas. Quixera saber se estaba previsto xa a data de inicio desas obras. Sr. Presidente.- Moi ben, pois collo a súa inquietude e por escrito lle vamos a contestar a esa pregunta. Sr. Martínez Giráldez.- Teño outra máis por favor. Sr. Presidente.- A ver siga, siga. Sr. Martínez Giráldez.- Esta pregunta ten relación co ORAL e no ano 2003, no segundo semestre do 2003 e no primeiro e segundo semestre do ano 2004 o ORAL cobrou en relación con rede de sumidoiros no concello de MondarizBalneario uns ingresos indebidos, estaba mal calculada a cuota, e se levan feito varias xestións ó respecto diso e se vén dicindo a devolución deses ingresos indebidos, o que pasa que dende o ano 2003 e 2004 se segue dando largas. Eu falei incluso directamente no ORAL e se me dixo que están pendentes de que veña un programa de Madrid ou algo así. Entón quixera saber se realmente isto é así e cando realmente se vai a devolver ese diñeiro a eses veciños porque son, xa lle digo, dende o 2003 e 2004. Sr. Presidente.- Moi ben, pois recollemos esa inquietude e lle vamos a contestar por escrito ademais facendo a averiguación oportuna. Sr. Martínez Giráldez.- Vale moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. José Antonio Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Sr. Presidente, no punto oitavo da orde do día de hoxe, na modificación de representantes en órganos colexiados. Se no punto oitavo da orde do día de hoxe, me podería aclarar se realmente o que se aproba é a representación, a modificación na Fundación Baixo Miño ou tamén como se fixera na Comisión do mércores 18 afecta ó Padroado do Monte Santa Tegra. A ver se poden repasar, porque creín escoitar que só se refería neste caso ó da Fundación Comarcal do Baixo Miño. Sr. Presidente.- O que pregunta D. José Antonio e se inclúe os dous. Sr. Olmedo Granja.- Exacto, se fai referencia ó mesmo acordo da Comisión do 18. Sr. Presidente.- Si, é o mesmo acordo, pero o problema radicaba nun erro de transcripción de Secretaría, quero entender, do nome da persoa. En principio aparecía D. Jesús Vázquez Almuíña e a proposta é en favor de D. Jesús Fernández Portela pero neste caso é no Padroado de Goberno da Fundación Comarcal Baixo Miño e tamén no Padroado Municipal Monte Santa Tegra da Guarda. Sr. Olmedo Granja.- Perfecto, aclarada a dúbida. Sr. Presidente.- D. Pauliño. Sr. Del Río Iglesias.- Bon día. Sr. Presidente, gustaríame saber se a estrada provincial da Deputación que vai de Vincios a Chandebrito se vai a amañar por parte da Deputación. Hai varios, diversos escritos das asociacións de veciños destas parroquias. Non dan contestado e gustaríanos saber se se vai a proceder ó amaño desta estrada. Gracias. Sr. Presidente.- Ben, pois tamén revisaremos co equipo técnico desta casa para poder contestarlle á maior brevidade posible. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. É unha cuestión que xa plantexei outras veces é que, a ver, igual agora son máis sensible porque teño así certas dificultades na espalda, e que estes asentos son terriblemente incómodos, e para falar igual, agora mesmo acordoume, porque estou así mellorando da espalda, é hoxe estou notando que estou empeorando aquí sentado, son moi incómodos, ¿non se podería facer algo con eles?, de verdade que son tremendos. Sr. Presidente.- Me parece razoable a proposta. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, pero xa o plantexei moitas veces, sempre razoable. Sr. Presidente.- Non, a min a primeira vez, a min. Sr. Mosquera Lorenzo.- O único se o que se pretende é que pactemos un cuarto de hora e marchamos, digo para que non sufra. Sr. Presidente.- Non, non, non, ó contrario, eu quero que vostede estea nas mellores condicións, ás veces pois non está tan afortunado pero é igual. O importante é que vostede estea nas mellores condicións. Sr. Mosquera Lorenzo.- Preocuparíame o día que convenza. Sr. Presidente.- Bueno, pois non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión, moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)