ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2014/01/17_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.830/1.2014-01-17_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2014/01/17_Ordinaria

  • Data(s) 2014 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 62 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día dezasete de xaneiro do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor acctal., D. Julio Souto Diz. Non asiste o señor deputado D. Alejandro Rodríguez Rodríguez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.21718.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das sesións ordinarias dos días 20 e 27 de decembro do ano 2013, respectivamente 2.21719.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA E DECLARACIÓN DE ABOO, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO, DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE VECIÑOS O CRUCEIRO DA LAXE PARA REALIZAR A OBRA DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DA CASA DO POBO, FASE I”, INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2012 Examinada a documentación xustificativa da subvención e visto o informe da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimmidade aprobar a xustificación e declarar de aboo, polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a cantidade de oito mil euros (8.000,00 €) a favor da Asociación de vecinos O Cruceiro da Laxe (Fornelos de Montes), CIF. Núm. G-36122653, correspondente á subvención que lle foi concedida por Resolución Presidencial núm. 16604, do 31 de decembro de 2012, para realizar a obra: “Acondicionamento da Casa do Pobo, fase I”, incluída no Programa de Acción comunitaria 2012 (núm. exp. 2285). Este libramento farase con cargo á aplicación 14/942.459.789.07.2012 unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial. 3.21720.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Narom, S.L. A empresa Narom, S.L. (CIF B-36.163.418), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de nove mil novecentos noventa e un euros con dez céntimos (9.991,10 €), para responder do contrato relativo a: Reposición de servizos, accesos, peches e instalacións na E.P. 2203 Baredo a E.P. 2202 (Baiona), que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/10/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100086268, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Barreras de Seguridad, S.L. A empresa Barreras de Seguridad, S.L. (CIF B-32.204.620), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de oito mil catrocentos noventa e sete euros con oitenta e catro céntimos (8.497,84 €), para responder do contrato relativo a: Sinalización horizontal da zona centro, que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/03/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200023795, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones E.C. Casas, S.L. A empresa Construcciones E.C. Casas, S.L. (CIF B-36.147.429), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dezasete mil novecentos dezaoito euros con sesenta e dous céntimos (17.918,62 €), para responder do contrato relativo a: Campo de herba artificial en Monte Carrasco, Marcón (Pontevedra), que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/05/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200034631, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (COVSA). A empresa Construcións, obras e viais, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A-36.008.886), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de A. MILLENIUM, por importe de sete mil douscentos corenta euros (7.240,00 €), para responder do contrato relativo a: Reparación da capa de rodamento na E.P. 0306 Ponteverdugo-Cambeses (A Lama), que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/10/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200081985. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de seis mil oitocentos vinte e dous euros con tres céntimos (6.822,03 €), para responder do contrato relativo a: Construción de redutores de velocidade en varias estradas provinciais, que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/07/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200052049. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de nove mil setecentos corenta e cinco euros con setenta e seis céntimos (9.745,76 €), para responder do contrato relativo a: Modificado de mellora da seguridade viaria na PO-300 (Cambados), que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/08/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100063827. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. A empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. (CIF B-36.052.876), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de ASEFA, por importe de corenta e cinco mil euros (45.000,00 €), para responder do contrato relativo a: Obras nos viais provinciais E.P. 6411 Besexos Oiros Bodaño e E.P. Merza Bodaño, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/05/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300055008, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Halcón Viajes, S.A. A empresa Halcón Viajes, S.A. (CIF A-10.005.510), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja Duero, por importe de tres mil euros (3.000,00 €), para responder do contrato relativo a: Servizo de xestión e organización do programa “Coñece a túa Provincia, 2009”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300129526 (Antiga 200900017853), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa ICA Formación C.B. A empresa ICA Formación, C.B. (CIF E-36.931.681), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza que constituíu para responder dun contrato do que resultou adxudicataria que á súa vez tivo unha ampliación pola que dita empresa, constituíu unha nova fianza que complementou a anterior. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil cento oitenta e oito euros (1.188,00 €), para responder do contrato relativo a: Asistencia e desenvolvemento das actividades de formación do persoal funcionario e laboral da Deputación Provincial de Pontevedra, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/07/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500070023. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de cincuenta e dous euros (52,00 €), para responder da: Ampliación do contrato do servizo de asistencia técnica para o desenvolvemento das actividades de formación do persoal funcionario e laboral da Deputación Provincial de Pontevedra, que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/02/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600017927, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.21721.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CAMBADOS PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS COMPRENDIDAS NO PROXECTO “MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CONCELLO DE CAMBADOS” Retírase da orde do día dito expediente para mellor estudo, expediente relativo á aprobación do “Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Deputación provincial de Pontevedra e o Concello de Cambados para a realización das obras comprendidas no proxecto «Mellora de instalacións deportivas no Concello de Cambados»”. 5.21722.- DAR CONTA DA APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DA ILLA DE AROUSA PARA LEVAR A CABO A CONVOCATORIA DUN CONCURSO DE IDEAS PARA A REDACCIÓN DO ANTEPROXECTO DA CONSTRUCIÓN DUN EDIFICIO PARA USOS NÁUTICO-DEPORTIVOS Mediante Resolución Presidencial de data 17 de xaneiro de 2014, con número de rexistro 2014001143, aprobouse un convenio de colaboración entre o Concello da Illa de Arousa e esta Deputación Provincial para levar a cabo a convocatoria dun concurso de ideas para a redacción do anteproxecto da construción dun edificio para usos náutico-deportivos, cuxo teor literal é o seguinte: “A Deputada Delegada en materia de contratación, en virtude das competencias delegadas da Presidencia, dita a seguinte Resolución: No Concello da Illa de Arousa, de fonda tradición mariñeira, dúas agrupacións, vinculadas a deportes náuticos e a vida do mar, veñen desenvolvendo as súas actividades, utilizando unhas instalacións que nestes intres están absolutamente obsoletas e situadas na zona de dominio público marítimo terrestre, na entrada da Illa. Trátase de o Club de Piragüismo e da Asociación Dornas A Vela, que non contan coa concesión administrativa outorgada por costas do estado, e tampouco con autorización e licenza municipal. Consciente desta situación, a Deputación Provincial de Pontevedra, e tendo en conta as actividades que veñen desenvolvendo estas dúas entidades -Club de Piragüismo e Asociación Dornas A Vela-, considera necesario resolver esta situación irregular, buscando unha solución definitiva que permita que sigan desenvolvendo a súa actividade, nunhas instalacións acordes ó momento actual, dotándoos dunha infraestrutura que sirva para dar satisfacción ás necesidades funcionais de ámbolos dous clubs. Por este motivo, a Deputación provincial de Pontevedra pretende establecer un convenio de colaboración co Concello da Illa de Arousa coa finalidade de levar a cabo a convocatoria dun concurso de ideas para a redacción do anteproxecto da construción dun edificio para usos náutico-deportivos. A Deputación de Pontevedra, de conformidade coas competencias que lle atribúe o artigo 36 da Lei 7/85, Reguladora das Bases de Réxime Local, presta a súa colaboración para asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal. O instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común entre as Administracións públicas, son os convenios de colaboración, tal e como establece o artigo 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, artigo 57 da Lei 7/85, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Infórmase polo Sr. Secretario o mencionado convenio de colaboración e por Intervención emítese documento RC, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria con cargo á aplicación 14/942.942.652.09 do vixente orzamento provincial. Visto o informe de intervención, de data 14 de xaneiro do ano en curso, e de conformidade co disposto no artigo 57 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e demais lexislación vixente, RESOLVO: Aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello da Illa de Arousa para levar a cabo a convocatoria dun concurso de ideas para a redacción do anteproxecto da construción dun edificio para usos náutico-deportivos, que se transcribe tal e como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DA ILLA DE AROUSA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO A CONVOCATORIA DUN CONCURSO DE IDEAS PARA A REDACCIÓN DO ANTEPROXECTO DA CONSTRUCIÓN DUN EDIFICIO PARA USOS NÁUTICO-DEPORTIVOS No Pazo Provincial, a … de xaneiro de 2014 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 11/99, do 21 de abril, de modificación de aquela e o artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. D. José Manuel Vázquez Vázquez, Alcalde-Presidente do Concello da Illa de Arousa, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. As partes asinantes declaran ter capacidade legal necesaria para poder obrigarse, e en especial para formalizar o presente convenio e a tal efecto, EXPOÑEN Primeiro- No Concello da Illa de Arousa, de fonda tradición mariñeira, dúas agrupacións, vinculadas a deportes náuticos e a vida do mar, veñen desenvolvendo as súas actividades, utilizando unhas instalacións que nestes intres están absolutamente obsoletas e situadas na zona de dominio público marítimo terrestre, na entrada da Illa. Trátase de o Club de Piragüismo e da Asociación Dornas A Vela, que non contan coa concesión administrativa outorgada por costas do estado, e tampouco con autorización e licenza municipal. Consciente desta situación, a Deputación Provincial de Pontevedra, e tendo en conta as actividades que veñen desenvolvendo estas dúas entidades -Club de Piragüismo e Asociación Dornas A Vela-, considera necesario resolver esta situación irregular, buscando unha solución definitiva que permita que sigan desenvolvendo a súa actividade, nunhas instalacións acordes ó momento actual, dotándoos dunha infraestrutura que sirva para dar satisfacción ás necesidades funcionais de ámbolos dous clubs. En definitiva, preténdense reubicar e agrupar ambas actividades nunha parcela, titularidade do concello, dunha superficie de 3.888,33 m2 na praia do Bao, que ten unha cualificación urbanística precisamente para uso náutico-deportivo. O Concello non pode abordar por si só a realización destas instalacións, nas que por un lado se poidan expoñer e preservar as embarcacións tradicionais da Illa de Arousa, e doutro que poidan desenvolver as actividades deportivas propias do Club de Piragüismo, e por iso solicita a colaboración da Deputación para cofinanciar estas obras. Segundo.- A Deputación de Pontevedra ven prestando unha especial atención á promoción de toda clase de deportes, colaborando con Concellos, Entidades, Asociacións e Clubs da provincia na construción de instalacións deportivas. Consciente das dificultades económicas do Concello da Illa de Arousa para afrontar o financiamento de construción destas instalacións, non só deportivas senón tamén de conservación das embarcacións tradicionais da Illa de Arousa, como son as dornas, e poder conservalas para xeracións futuras é polo que considera oportuno participar no financiamento deste proxecto, que se desenvolverá en dúas fases. Na primeira delas, dada a súa singularidade, parece oportuno convocar un concurso de ideas para que, a nivel de anteproxecto, as Administracións implicadas na realización posterior destas instalacións e os Clubs afectados, poidan elixir aquela que se estime máis adecuada ós fins que se perseguen e ó entorno no que se vai situar. Posteriormente, e unha vez redactado o proxecto correspondente, levaríase a cabo a segunda actuación, que é a construción do edificio. Terceiro.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade á promoción dos intereses económicos da provincia e dos Concellos e a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal. Consciente das dificultades económicas que neste momento pasan os Entes municipais, e tendo en conta que a actuación a levar a cabo revitalizará as actividades deportivas da Illa de Arousa e, así mesmo, conservará as embarcacións tradicionais, é polo que participa neste convenio para levar a cabo a convocatoria dun concurso de ideas, que permita posteriormente redactar o proxecto definitivo. Cuarto.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello da Illa de Arousa é establecer as bases que permitan levar a cabo a convocatoria dun concurso de ideas para a redacción do anteproxecto da construción dun edificio para usos náutico-deportivos. Segunda.- Importe O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade total de vinte e dous mil euros (22.000,00 euros) para financiar os premios do concurso de ideas, un primeiro dotado con 12.000,00 euros e dous accésits de 5.000,00 euros cada un. Terceira.- Financiamento Os custos derivados da convocatoria do concurso de ideas e o abono dos premios corresponde á Deputación de Pontevedra e serán financiados con cargo á aplicación 14/942.942.652.09 do vixente orzamento provincial. Cuarta.- obrigas das partes 4.1.- Obrigas do Concello da Illa de Arousa. a) Porá a disposición da Deputación a parcela que ten as seguintes características urbanísticas: Superficie: 3.888,33 m2 Emprazamento: Praia do Bao Referencia catastral: 36062A03303001 Cualificación urbanística: Sistema Xeral Dotacional uso Náutico-Deportivo. A parcela enténdese libre de cargas e gravames. b) Outorgar as licencias e autorizacións necesarios para levar a cabo a construción do edificio que acolla estas instalacións para usos naútico-deportivos, renunciando a calquera tributo e taxas por mor das obras. c) Cooperar coa Deputación de Pontevedra para a redacción da convocatoria do concurso de ideas, debéndose fixar para elo o programa de necesidades, condicións de edificabilidade, ratios e superficies por edificación e usos, así como os posibles custos aproximados definitivos, etc. d) Dará a adecuada publicidade da subvención concedida en todos os ámbitos de actuación deste convenio. 4.2.- Obrigas da Deputación Provincial de Pontevedra. a) A Deputación comprométese a financiar a realización do concurso de ideas a nivel de anteproxecto, por importe de 22.000,00 euros. b) Levar a cabo a convocatoria correspondente a este concurso de ideas, en base ós datos que lle sexan facilitados polos técnicos de ambas Institucións, Deputación e Concello. Quinta.- Realización das instalacións Unha vez elixido o anteproxecto que sirva de base para a redacción do proxecto definitivo que albergue as instalacións de ambas asociacións, Club de Piragüismo e Asociación Dornas A Vela, e establecido o custo definitivo da realización das obras, as Administracións involucradas establecerán a porcentaxe de financiamento das mesmas e dos compromisos correspondentes, que se plasmarán nun novo convenio, a subscribir entre todas as partes implicadas. Sexta.- Comisión de seguimento e control Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen, e un Técnico de cada entidade. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Sétima.- Entrada en vigor O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2014. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervintes, no caso de que non se rematase o concurso de ideas obxecto do mesmo. Oitava.- Causas de resolución Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Novena.- Natureza do contrato O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, o R.D. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polas restantes normas de dereito administrativo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello da Illa de Arousa Asdo.: D. Rafael Louzán Abal Asdo.: D. José Manuel Vázquez Vázquez” Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Presidencia, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. Pontevedra, 17 de xaneiro de 2014 A Deputada Delegada O Secretario” Por todo o exposto, a Xunta de Goberno queda enterada da aprobación do mencionado convenio de colaboración. 6.21723.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.21724.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 16 de xaneiro de 2014, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran ca referencia 201400000131 e que contén trinta e sete facturas, sendo a primeira de Claro Sol, S.A. por importe de 3.259,56 €, e a derradeira de R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A. por importe 2.776,22 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 109.331,58 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 2.380,90 € Descontos de Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 111.712,48 € 8.21725.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA REALIZACIÓN DE ANÁLISES, ESTUDOS, INFORMES E EXPERIENCIA PILOTO EN V GAMA ENMARCADA NO PROXECTO DEPODEZA COFINANCIADO POLO NUN 70% POLO FEDER (EXPTE. Nº 2013005683) Con data 23 de febreiro de 2011, publicouse no Boletín Oficial do Estado a Resolución da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, pola que se aprobou a convocatoria 2011 para a concesión de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, na cal a Deputación de Pontevedra presentou o proxecto Depodeza. A finalidade do proxecto “depoDeza: dinamización económica da comarca do Deza” é cohesionar o territorio da comarca a través do aproveitamento dos seus recursos endóxenos, promovendo un desenvolvemento socioeconómico equilibrado e sostible. Por todo isto, a xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas, para dar resposta a actuación de mellora na calidade dos produtos agroalimentarios, incluída no proxecto Depodeza, solicita que se inicien os trámites para a contratación do servizo de realización de análise, estudos, informes e proxecto piloto en V Gama. Visto o informe do técnico adxunto do Servizo de Contratación e o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá a contratación, e visto, así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando que o Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica este contrato como “de servizos” ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento unha actividade e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal e como establece o artigo 138.2 do citado R.d.l. 3/2011. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, do servizo de realización de análises, estudos, informes e experiencia piloto en V Gama, enmarcado no proxecto Depodeza cofinanciado nun 70 % polo FEDER. O orzamento de licitación do contrato é o seguinte: Importe sen IVE 160.000,00 € IVE 33.600,00 € Total 193.600,00 € 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3.- Autorizar o gasto polo importe máximo de 193.600,00 € con cargo a aplicación orzamentaria 14/433.439.227.06.2012 do vixente orzamento provincial, quedando condicionado a incorporación dos remanentes de crédito ó exercicio 2014. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do servizo de realización de análises, estudos, informes e experiencia piloto en V Gama, enmarcado no proxecto Depodeza, cofinanciado nun 70 % polo FEDER, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 159.2 do citado R.d.l. 3/2011. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA REALIZACIÓN DE ANÁLISES, ESTUDOS, INFORMES E EXPERIENCIA PILOTO EN V GAMA ENMARCADA NO PROXECTO DEPODEZA COFINANCIADO NUN 70% POLO FEDER (EXPTE. Nº 2013005683) 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire o presente prego é o servizo/s descrito/s no/s apartado/s 1 do/s anexo/s I, nos que se recollen as necesidades administrativas para satisfacer mediante o contrato, describindo as características do/s servizo/s e a forma de levar a cabo a prestación por parte do adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada uns deles. Para o dito contrato contempláronse na súa elaboración os preceptos do Libro II do RXLCAP. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un deles, a varios ou a todos, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se seguirá o estipulado no apartado 2 do Anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato será financiado do modo que se establece no apartado 3 do Anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade expresada no apartado 3 do Anexo I deste prego, incluíndo en dita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son, por conta do adxudicatario igual cós tributos de calquera índole. En calquera caso, indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten no caso de superar o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto nos pregos, estarase ó disposto no Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ós emprendedores e á súa internacionalización (en diante TRLCSP), o Real Decreto Lexislativo 817/2009 de 8 de maio polo que se desenvolve parcialmente a LCSP e no que sexa aplicable no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (en diante, RXLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP, e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste, non eximirá ó contratista da obrigación do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión ós presentes pregos e á lexislación anteriormente citada, supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. O adxudicatario obrigarase ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración -prezo- ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 1 do Anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, segundo os termos e requisitos establecidos no citado texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá a través de Internet (www.depo.es) o seu perfil de contratante. Neste perfil publicaranse todas as noticias, aviso e documentación relativos a este contrato. Calquera dúbida existente a cerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoña no apartado 2 do Anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. Os licitadores, persoas naturais ou xurídicas, deberán ter unha finalidade ou actividade que teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais, así como dispor dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. O momento decisivo para apreciar a concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar coa Administración será o de finalización do prazo de presentación de proposicións. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do Anexo I. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados. O contrato non poderá ter un prazo de vixencia superior a catro anos coas condicións e límites establecidos nas normas orzamentarias previstas das administracións públicas. Dito prazo só se prorrogará por mutuo acordo das partes antes da súa finalización, sempre que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non exceda os seis anos e que as prórrogas non superen, illada ou conxuntamente, o prazo fixado orixinariamente, de conformidade co estipulado no artigo 303 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo do contrato. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a dedución destas na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a dita documentación ó seguinte licitador, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES, DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, (sede de Pontevedra de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres e os sábados de 9:00 a 13:00 horas; ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de quince días, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de Contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - Sobre (A, B ou C). Poñer a letra en función do sobre correspondente. - Lote nº: (Especificar o número do lote o que se licita no caso de que o procedemento se divida en lotes). - Nº Expediente: No caso que se coñeza. - Denominación do contrato: - Nome do licitador: - CIF: - Enderezo, e-mail e teléfono de contacto: - Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación a incluír en ditos sobres detállase no apartado 4 do Anexo I do presente prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: - O titular da Corporación ou o membro en quen delegue Vogais: - O secretario xeral - O interventor - O xefe do servizo responsable do contrato Secretario: - O técnico adxunto ó Servizo de Contratación 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise emendar erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, nun acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como se prevé no artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación trasladaráselles ós técnicos que se considere oportuno, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalaranse no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, nun acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do Anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplícanse os criterios establecidos no apartado 8.2 do Anexo I. Unha vez aplicados estes criterios clasifícanse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeránselle ó órgano de Contratación a adxudicación a favor do licitador que conteña a oferta economicamente de maior vantaxe. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no Anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou á posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente de maior vantaxe, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PRESENTE A OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de Contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requirirá á empresa coa oferta máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 13.1.- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público cunha antigüidade non superior a 6 meses. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2.- Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1.-Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ó amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. 2.- Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó amparo dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagos das súas obrigas tributarias. 3.- Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4.- Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato. 5.- Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial. 6.- Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7.- Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de Contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición de maior vantaxe no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio para considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar dende a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deba terse en conta unha pluralidade de criterios; e no prazo máximo de quince días, contando dende a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22 f) do R.d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de Contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de Contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial deste, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberá indicarse na oferta (sobre B) a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre subcontratación establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. 16. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1.- Corresponde exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da "entidade contratante" do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, en orde a non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á "entidade contratante". 2.- A empresa contratista asume a obrigación de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as substitucións dos traballadores en casos de baixa ou ausencia, as obrigacións legais en materia de Seguridade Social, incluído o abono de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigacións legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cuantos dereitos e obrigacións derívense da relación contractual entre empregado e empregador. 3.- A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolver a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4.- A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados do que ocupan os empregados públicos. Corresponde tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obrigación. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos préstense nas dependencias dos Departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5.- A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigacións as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á "entidade contratante", canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dun lado, e a "entidade contratante", doutro lado, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato, e impartir ós ditos traballadores as ordes e instrucións de traballo que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas, así como controlar a asistencia de dito persoal ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato, debendo para ese efecto coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa "entidade contratante", a efectos de non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar á ''entidade contratante" acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 17. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os gastos correspondentes. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 18. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá dar cumprimento ás obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 19. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación no presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, irán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se lle poida imputar á administración contratante ningún pagamento por tal concepto, e sen que estes gastos superen os 2.000 €. 20. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas á orde directa do responsable designado, con expresa reserva escrita por parte do contratista tanto ó propio responsable coma ó órgano de Contratación. 21. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase con suxeición ó establecido nas súas cláusulas e nos pregos de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dese o contratista ó Órgano de Contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. 22. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que este non fose imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, o órgano de Contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor segundo o establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días dende aquel en que se produza a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, para que a Administración poida oportunamente e sempre antes de que remate o prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga deste, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a el, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran no presente prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato o órgano de Contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de Contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas con motivo do atraso imputable ó contratista. 23. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar dende a data de recepción do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ó contratista segundo o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigas, e dos danos e prexuízos ocasionados con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co establecido no citado Real decreto lexislativo. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 24. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo contratacion@depo.es, transcorridos tres meses, contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 25. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 223 e 308 do TRLCSP. 26. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, resolveraas o órgano de Contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na lei reguladora de dita xurisdición. 27. MODIFICACIÓNS DO CONTRATO Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións por razóns de interese público cando así o previu nos pregos ou no anuncio de licitación ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP. As citadas modificacións axustaranse ó previsto no Título V do Libro I do TRLCSP e tramitaranse de acordo co procedemento previsto no artigo 211 desta norma. Procederá a modificación do contrato nos termos previstos no artigo 106, cando así se previu no Anexo I do presente prego e detallouse nos pregos de prescricións técnicas de forma clara, precisa e inequívoca as condicións en que poderá facerse uso da mesma, así como o seu alcance e límites. As modificacións acordadas polo órgano de contratación serán obrigatorias para os contratista e deberán formalizarse conforme ó disposto no artigo 156 do TRLCSP. No concernente ó seu réxime estarase ó disposto no Título V do Libro I e os artigos 211, 219 e 306 do TRLCSP.” Ditos anexos son como seguen: ANEXO I 1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO Realización de análises estudios, informes e experiencia piloto en V Gama sobre a calidade da carne obtida nos diferentes cruces de porcino cunha base xenética de porco celta, coa finalidade de obter unha liña xenética que se poida trasladar os produtores da comarca e regular os procesos de elaboración e manipulación da materia prima para obter produtos de calidade. Con esta contratación preténdese dar resposta a actuación de mellora da calidade dos produtos agroalimentarios da comarca do Deza, incluída no proxecto Depodeza, cofinanciado nun 70% polo FEDER. 1.2. PROCEDEMENTO - División en lotes: non - Cualificación do contrato: servizos - Categoría 27 do Anexo II do TRLCSP - Trámite: ordinario - Procedemento: aberto - Órgano de Contratación: Xunta de Goberno - Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011) a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: Importe sen IVE: 160.000,00 € IVE (21%): 33.600,00 € Total con IVE: 193.600,00 € B) FINANCIAMENTO: Cadro de financiamento Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 14/433.439.227.06.2012 193.600,00 € O contrato financiarase con cargo a mencionada aplicación orzamentaria quedando condicionado a incorporación dos remanentes ó exercicio 2014. Revisión de prezos: non procede 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución máximo para a realización dos traballos é o 31 de decembro de 2014. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS Os pagos efectuaranse a finalización das seguintes accións: - Determinación da calidade da canle (64 mostras): 14.000,00 € - Determinación da calidade da carne (64 mostras): 35.000,00 € - Realización dun estudo do contido de graxa da carne (192 mostras): 31.000,00 € - Perfil de aminoácidos (64 mostras): 7.000,00 € - Elaboración de produtos coas 8 variantes dos cruces: 12.000,00 € - Proxecto piloto en V Gama: 20.000,00 € - Análises sensoriais e paneis de expertos: 15.000,00 € - Estudo bioxenético “Efectos da xenética na produción”: 6.000,00 € - Proceso de datos, difusión e divulgación: 20.000,00 € O pago efectuarase contra a presentación das facturas correspondentes que deberán achegar un informe explicativo das accións realizadas, e unha vez prestada a súa conformidade polo Servizo de Turismo Rías Baixas. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). 1.7. PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico administrativo). Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos servizos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: -Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. -Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: - Relación dos principais servizos ou traballos no curso dos cinco últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. C) Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente co propósito de subcontratar de conformidade co establecido na cláusula 14 deste prego. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta de maior vantaxe económica atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 3.1.1.)Características da solución proposta, ata un máximo de 29 puntos Valorarase a metodoloxía, cronograma de traballo previsto, medios a utilizar, produtos obtidos, organización dos paneis de catas, medios de difusión a utilizar, proposta de organización de xornadas e axentes a involucrar. 3.1.2.) Melloras ofertadas, ata un máximo de 20 puntos Valoraranse as seguintes melloras: - Melloras nas analíticas solicitadas así como realización de estudios complementarios a estas, ata un máximo de 10 puntos. - Cantidade de produtos V Gama ofertados, ata un máximo de 10 puntos. Nota moi importante: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó servizo prestado ou relativa ós criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto suporá a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de valoración automática (sobre C) -Valoración da oferta económica, ata un máximo de 51 puntos Este criterio valorarase en función da fórmula establecida no Anexo III. Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2.- Declaración responsable subscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3.-Acreditación de estar inscrita no Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos (RGSEAA) na clave 10 (carnes e derivados), categorías: - Fabricación ou elaboración ou transformación de produtos cárnicos, preparados de carne e carne picada, despece de carne de ungulados, salgado e secado de carne; e salgado e secado de xamóns. - Envasado de produtos cárnicos: ó baleiro, en skin e con atmosfera modificada. - Distribución de produtos cárnicos. - Almacenamento de produtos cárnicos: frigorífico e en conxelación (túnel de conxelación rápida e mantemento). 4.- Acreditación de estar inscrita no Rexistro Galego de Laboratorios Autorizados para a realización de determinados ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano (RGLA), polo menos na categoría de laboratorio autorizado para a realización de ensaio de autocontrol da produción de terceiros. 5.- Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ó contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, ós que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 6.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ó foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varios lotes No caso de que o contrato se divida en lotes, se un mesmo licitador se presenta a varios lotes poderá presentar un único sobre A no que acredite os requisitos de capacidade e solvencia requiridos para cada un dos lotes. Pola contra, deberá presentar un sobre B e outro C por cada un dos lotes ós que se presente. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e cos seguintes documentos: O licitador deberá presentar a oferta técnica por escrito e en formato dixital de conformidade co establecido na cláusula 10 do prego de prescricións técnicas. A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado. A exposición da oferta axustarase, como mínimo, ós diferentes apartados que a continuación se detallan (cláusula 10 do prego de prescricións técnicas): Índice: 1. Aceptación e acatamento dos pregos. 2. Solución proposta: cronograma de traballo previsto, medios de difusión a utilizar, proposta de organización de xornadas e axentes a involucrar. 3. Melloras. O adxudicatario poderá propoñer melloras nas analíticas a realizar ou realizar outros estudios complementarios ou un maior número de produtos V Gama ofertados. Ademais da relación mínima de documentación o licitador deberá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos. ANEXO II. DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato .pdf para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO III.- FÓRMULAS A APLICAR PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) A) Valoración da oferta económica, ata un máximo de 51 puntos. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizan o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1,O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=l,….,n) • b1,b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 9 e Wmax, i=l, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=l, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi, son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi semellantes. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quase-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do seguinte modo: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación se ten b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgarlles a todas elas unha puntuación nula . Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propoñemos darlles unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas: 1. Definición de Wmax: 2. Definición de S: • Se : , • Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para ,…..,n: • Se entón , • Se entón 4. Valoración das ofertas cando • Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria Obsérvese que a condición equivale a porque: • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada.” ANEXO IV. MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) “Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................, titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ................................. (CIF núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Polo prezo de ____________________________________ (en letra e número) euros, máis _____________________________________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO V. MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS “ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Á REALIZACIÓN DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS TRES ANOS TÍTULO DO CONTRATO:………………………………………………………… Nº EXPEDIENTE:……………..…………………………………………….…… D.ª/D.:……………………………………………….., con DNI núm. …………, en nome propio ou en representación da empresa ………………………………, con NIF/CIF núm. ………………… DECLARA que a relación dos servizos ou traballos análogos ó obxecto do presente contrato realizados nos últimos tres anos son os que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2010 Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe total dos últimos 3 anos Destinatario Inicio Fin Totais ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” 9.21726.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA “CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL EN BARRO (PONTEVEDRA)” Mediante acordo da Xunta de Goberno desta Deputación provincial, en sesión ordinaria celebrada o día 11 de outubro de 2013, aprobouse un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Barro para levar a cabo as obras de “Instalación de herba artificial no campo de fútbol municipal de Barro”. O proxecto para a execución desta obra adxudicouse á empresa Naos 04 Arquitectos, S.L.P., mediante Resolución Presidencial de data 24/10/2013, número de rexistro 2013023265. Foi, así mesmo, supervisado polo Director de Infraestruturas da Deputación. O custo total do proxecto ascende á cantidade de 494.354,33 €, IVE incluído. A Deputación financia a achega total con cargo á aplicación 14/922.342.652.00.2013 do orzamento provincial. Polo Servizo de Intervención emítese informe, con data 17/01/2014, no que se pon de manifesto a existencia de crédito adecuado e suficiente na aplicación 14/922.342.652.00.2013 do vixente orzamento para facer fronte ó gasto, condicionado á incorporación dos remanentes de crédito ó exercicio 2014. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto de “Campo de fútbol de céspede artificial en Barro. Pontevedra”, así como iniciar o correspondente expediente de contratación da obra, de acordo co seguinte detalle: Importe de execución sen IVE 408.557,30 € IVE 21% 85.797,03 € Total 494.354,33 € Prazo de execución 3 meses 10.21727.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO DA SUBMINISTRACIÓN DE REACTIVOS NECESARIOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE (EXPTE. Nº 2013000389) A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria do día 04 de outubro de 2013 adoptou o acordo de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do subministro de reactivos necesarios para o Laboratorio da Finca Mouriscade, pola cantidade máxima total para os catro lotes de trescentos vinte e seis mil setecentos euros (326.700,00€), IVE incluído, de acordo co seguinte detalle: Número de lote Importe 1 ano (IVE incluído) Importe 2 anos (IVE incluído) Aplicación orzamentaria Lote nº 1 66.550,00€ 133.100,00€ 441.412.221.06 Lote nº 2 54.450,00€ 108.900,00€ 441.412.221.06 Lote nº 3 12.100,00€ 24.200,00€ 441.412.221.06 Lote nº 4 30.250,00€ 60.500,00€ 441.412.221.06 Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Suplemento do Diario Oficial da Unión Europea o día 09/10/2013, así mesmo, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 205 de data 24/10/2013 e no Boletín Oficial do Estado. Resultando que a cualificación da documentación correspondente ó sobre A efectuouse o día 03/12/2013, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación xeral presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 05/12/2013, tras facer pública as empresas que foron admitidas tras a examinación da documentación xeral, procedeu á apertura dos sobres B presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: Lote Nº1 – Reactivos para a realización de varias determinacións físico-químicas en pensos e materias primas, como a determinación de proteína bruta, fibra bruta, fibra ácida, deterxente, fibra neutro deterxente, amidón ou materia graxa, entre outros. Empresa Licitadora Puntuación sobre B Comercial Hospitalaria Grupo -3, S.L. 81,4946 puntos Cienytech (Cientisol), S.L. 76,82911459 puntos Lote Nº 2 – Reactivos para a determinación de Salmonella SSP en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no laboratorio. Empresa Licitadora Puntuación sobre B Biomérieux España, S.A. 33,6996 puntos Lote Nº 3 – Reactivos para a identificación de xermes e a realización de antibiogramas en mostras de leite, seguindo as instrucións do equipo vitek 2 de que dispón o laboratorio. Empresa Licitadora Puntuación sobre B Biomérieux España, S.A. 32,647 puntos Lote Nº 4 – Reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas ou outras matrices, determinación de Y.Coli, Estafilococcus coagulasa positivos, reconto de enterobacterias, clostridium perfrigens, reconto de mofos e lévedos. Empresa Licitadora Puntuación sobre B Biomérieux España, S.A. 95,8925 puntos Cienytech (Cientisol), S.L. 63,1035 puntos Á vista das puntuacións obtidas polas empresas a Mesa de Contratación propón a adxudicación do contrato para o subministro dos reactivos necesarios para o Laboratorio da Finca Mouriscade ás seguintes empresas: Lote nº1 Comercial Hospitalaria Grupo -3, S.L. Lote nº2 Biomérieux España, S.A. Lote nº3 Biomérieux España, S.A. Lote nº4 Biomérieux España, S.A. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2013029686 de data 30 de decembro de 2013, e á vista da puntuación total obtida e da proposta da Mesa de Contratación, requiriuse ás empresas que a continuación se detallan, que formularon a proposición economicamente máis vantaxosa para cada un dos lotes, para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o seguinte a aquel no que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituída a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato, excluído o IVE, polos importes que se indican de acordo co disposto no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP): Lote nº1 - Comercial Hospitalaria Grupo -3, S.L 5.500,00€ Lote nº2 - Biomérieux España, S.A. 4.500,00€ Lote nº3 - Biomérieux España, S.A. 1.000,00€ Lote nº4 - Biomérieux España, S.A. 2.500,00€ Resultando que as citadas empresas presentaron a documentación requirida de acordo co disposto no art. 151 do Real Decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva de acordo co seguinte detalle: - Comercial Hospitalaria Grupo -3, S.L., por importe de 5.500,00 €, correspondente ó lote nº1, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201400002558. - Biomérieux España, S.A., polos importes de 4.500,00 €, correspondente ó lote nº 2, importe de 1.000,00 €, correspondente ó lote nº 3 e o importe de 2.500,00 €, correspondente ó lote nº 4, que figura a totalidade do importe de 8.000,00€ depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201400002564. Por todo isto, unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do TRLCSP, procede adxudicar o subministro dos reactivos necesarios para o Laboratorio da Finca Mouriscade, dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato privado, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para este tipo de contratos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, 1.- Adxudicar o contrato para o subministro dos reactivos necesarios para o Laboratorio da Finca Mouriscade ás empresas e polos prezos que se indican a continuación: Lote nº1 – Reactivos para a realización de varias determinacións físico-químicas en pensos e materias primas, como a determinación de proteína bruta, fibra bruta, fibra ácida, deterxente, fibra neutro deterxente, amidón ou materia graxa, entre outros. Á empresa Comercial Hospitalaria Grupo -3, S.L. (CIF: B-36.769.479) de acordo o seguinte detalle: - Polo prezo unitario de: Tipo de reactivo Prezo unitario sen IVE SOLUCIÓN ÁCIDA DETERXENTE RE 5 LITROS 29,52 € SOLUCIÓN NEUTRO DETERXENTE RE 5 LITROS 24,76 € POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV 24,76 € SULFÚRICO 0.1275 M SV 5 LITROS 30,48 € SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS 25,71 € POTASIO SULFATO PA 5 Kg 62,86 € COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA 11,43 € ÁCIDO BÓRICO 4% 5 LITROS RV 38,10 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.1N SV 1 LITRO 4,76 € ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS 13,33 € ÉTER PETRÓLEO 40-60º PA 5 LITROS 42,86 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS 18,10 € CLORURO DE CESIO PA 100 G 55,24 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 37% 1 LITRO 7,45 € ACETONA, P. SÍNTESIS 5 LITROS 18,10 € ÁCIDO ACÉTICO GLACIAL, PARA ANÁLISES, ACS, ESO X 1 L. 12,38 € ÁCIDO CLORHÍDRICO, SOLUCIÓN 3 MOL/L (3N), 10 L 43,81 € ÁCIDO NÍTRICO MÍ. 65 %, PA 9,52 € ÉTER DIETÍLICO, P. ANÁLISES ACS ISO X 5 LITROS 48,57 € PLATA NITRATO, 0,1 N, SOL. VALORADA X 1 LITRO 20,00 € REACTIVO CARREZ I, 5 LITROS 47,62 € REACTIVO CARREZ II, 5 LITROS 41,90 € SODIO HIDRÓXIDO 0,01 M (0,01 N), SOL. VALO X 1 L 8,57 € SODIO HIDRÓXIDO, SOLUCIÓN 0,1 MOL/L (0,1), 1 L 8,57 € SODIO SULFITO, P. ANÁLISES ACS X 1 Kg 11,43 € - Cantidade económica para a adquisición de reactivos, sen cargo para a Deputación: Concepto Importe económico sen IVE Bolsa económica por ano que se oferta ó laboratorio para o subministro de reactivos 4.917,36 € - Mellora ofertada por ano: Subministro dunha estufa, sen custo e sen retorno para a Deputación de Pontevedra coas seguintes características: - Capacidade (L): 700 litros - Rango de temperatura: ambiente + 10 a 220 ºC - Resolución: 0,1 ºC hasta 100 ºC - Portas: 2 - Número de estantes e bandexas incorporadas: 3 - Saída: RS232C Lote nº 2 – Reactivos para a determinación de Salmonella SSP en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no laboratorio. Á empresa Biomérieux España, S.A. (CIF: A-28.664.589) de acordo o seguinte detalle: - Polo prezo unitario de: Tipo de reactivo Prezo unitario sen IVE CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML 21,70 € CALDO MUJER-KAUFFMANN 20X10 ML 21,70 € CALDO M 20X10 ML 20,50 € VIDAS IMMUNO-CONCENTRACIÓN SALMONELLA (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 224,80 € VIDAS SALMONELLA (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 283,75 € - Cantidade económica para a adquisición de reactivos sen cargo para a Deputación: Concepto Importe económico sen IVE Bolsa económica por ano que se oferta ó laboratorio para el subministro de reactivos 900,00 € - Mellora ofertada por ano: Subministro dunha xerra para cultivo en anaerobiosis de 7 litros. Lote Nº 3 – Reactivos para a identificación de xermes e a realización de antibiogramas en mostras de leite, seguindo as instrucións do equipo vitek 2 de que dispón o laboratorio. Á empresa Biomérieux España, S.A. (CIF: A-28.664.589) de acordo o seguinte detalle: - Polo prezo de: Tipo de reactivo Prezo unitario sen IVE TARXETAS PARA A IDENTIFICACIÓN E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES QUE SE UTILIZARÁN CO EQUIPO VITEK 2 118,10 € - Cantidade económica para a adquisición de reactivos sen cargo para a Deputación: Concepto Importe económico sen IVE Bolsa económica por ano que se oferta ó laboratorio para o subministro de reactivos 350,00 € - Mellora ofertada por ano: Subministro dunha pipeta de 145 mcl de volume fixo. Lote nº 4 – Reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas ou outras matrices, determinación de Y.Coli, Estafilococcus coagulasa positivos, reconto de enterobacterias, clostridium perfrigens, reconto de mofos e lévedos. Á empresa Biomérieux España, S.A. (CIF: A-28.664.589) de acordo o seguinte detalle: - Polo prezo de: Tipo de reactivo Prezo unitario por litro o 100 mililitros sen IVE AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L 3,50 € MEDIO CROMOGÉNICO PARA E. COLI, AGAR 200ML 3,00 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO DE ENTEROBACTERIAS, 200 ML 1,15 € MEDIO BAIRD PÁRKER + RPF, 100 ML 9,10 € MEDIO GELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML 2,50 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO DE MOFOS, 100 ML 1,30 € - Cantidade económica para a adquisición de reactivos sen cargo para a Deputación: Concepto Importe económico sen IVE Bolsa económica por ano que se oferta o laboratorio para o subministro de reactivos 2.500,00 € - Melloras por ano: Subministro de dous dosificadores de volume variable de 1-10 ml máis 2 micropipetas de volume variable de 100-1000 microlitros. 2.- A duración do contrato será de dous anos, a partir da data da formalización do mesmo, podendo prorrogarse a vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma. A adxudicación do contrato quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas do mesmo. 3.- O pago das obrigas derivadas deste contrato efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 2014/441.412.221.06. O importe do contrato para o subministro no ano 2015 (e seguintes) en caso de prórroga, quedarán condicionados á existencia de crédito suficiente na aplicación orzamentaria anteriormente exposta para facer fronte ós pagos. 11.21728.- ACEPTACIÓN DO LEGADO DE DNA. MARÍA ALICIA CRESPÍ GONZÁLEZ A FAVOR DO MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E APROBACIÓN CONDICIONADA DA CONMUTACIÓN DO USUFRUTO DO VIÚVO D. ÁNGEL GONZÁLEZ HERRERO Vista a acta notarial de outorgamento de testamento da causante Dna. María Alicia Crespí González ante o notario D. Augusto Gómez-Martinho Faerna con domicilio en cálea Príncipe de Vergara nº13-1º B de Madrid de data 14/06/1995. Vista a convocatoria de reunión da xunta de herdeiros e legatarios da herdanza de Dna. María Alicia Crespí González de data 13/11/2013 cuxa copia obra no expediente. Vista a acta da reunión celebrada polos herdeiros, legatarios, albaceas e contadores partidores da herdanza de Dna. María Alicia Crespí González de data 25/11/2013 cuxa copia obra no expediente. Visto o escrito de D. Luís Alberto Sanmartín Bienzobas, albacea contador partidor da herdanza de Dna. María Alicia Crespí González de data 19/11/2013 no que, entre outras cousas, recorda ós Museo de Pontevedra que antes de poder aprobarse a entrega do legado establecido ó seu favor, terá que existir un compromiso por escrito e debidamente legalizado e axustado ós cumprimento das condicións impostas no propio testamento onde se recolle expresamente que os mobles e obxectos artísticos do piso deberán estar expostos de modo permanente no propio museo ou noutro edificio pertencente a este e que este compromiso deberá ser necesario antes de proceder á aprobación e entrega ós museo do legado establecido. Visto o documento sen data entregado na mencionada reunión cunha proposta de conformación de lotes que obra no expediente. Vista a taxación dos mobles e enseres de valor artístico realizada a partir do inventario efectuado pola conservadora de fondos xerais do Museo de Pontevedra Dna. Ángeles Tilve Jar, polo Director Técnico do Museo, D. José Carlos Valle Pérez, o restaurador D. Ricardo Ferreira Silva e a citada conservadora. Vistos os documentos entregados pola avogada dos irmáns da causante (correspondencia) solicitados polo Director de Xestión do Museo de Pontevedra co fin de probar a posesión/propiedade das imaxes de San Antonio e San Benito e os seus correspondentes plintos. Visto o informe aclaratorio do Director Técnico do Museo de Pontevedra de data 09/01/2014 informando que as imaxes de San Antonio de Padua e de San Benito cos seus correspondentes plintos deben causar baixa no legado. Visto o informe do Director de Xestión do Museo de 08/01/2014 propoñendo á Xunta de Goberno a adopción do acordo correspondente propoñendo os seguintes puntos: - A aprobación condicionada da conmutación do usufruto do viúvo D. Ángel González Herrero da forma establecida no informe. - A aprobación da entrega á Deputación de Pontevedra (Museo Provincial) do legado establecido ós seu favor respecto dos mobles e obxectos artísticos renunciando expresamente ás imaxes de San Antonio e San Benito cos seus correspondentes plintos por quedar suficientemente acreditado que pertencen ós patrimonio familiar dos irmáns da causante. - A realización do compromiso por escrito ós cumprimento das condicións impostas no testamento de expoñer permanentemente os mobles e obxectos artísticos para proceder á entrega do legado, exclusivamente nos termos establecidos no testamento. - Aceptar o sistema de sorteo ante notario dos lotes que se realicen unha vez realizada a taxación da Finca Loureiro e aclarado o valor líquido real dos produtos financeiros á data actual. - Notificar este acordo ás partes interesadas, no seu caso. Vistos os demais documentos que obran no expediente relativos á comprobación de cargas dos bens inmobles, situación xeográfica, información catastral, etc. incorporados ó expediente. Considerando o establecido no artigo 15 (Modos de adquirir) e 20 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas (BOE de 4 de novembro de 2003), o artigo 9 e seguintes do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais (BOE de 7 de xullo de 1986), pola disposición adicional segunda, parágrafo segundo, do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público e demais normativa de concordante de aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar de forma condicionada a conmutación do usufruto do viúvo D. Ángel González Herrero. Esta aprobación e o pago da contía correspondente á conmutación do usufruto están expresamente condicionados ó reparto de toda a herdanza de forma global considerada como unha unidade de acto, así como á aclaración previa do contido dos produtos financeiros, o seu reembolso e/ou cancelación con aboo ás contas correntes asociadas e pago de posibles comisións bancarias. 2.- Aceptar a aprobación da entrega á Deputación de Pontevedra (Museo Provincial) do legado establecido ó seu favor respecto dos mobles e obxectos artísticos renunciando expresamente ás imaxes de San Antonio e San Benito cos seus correspondentes plintos por quedar suficientemente acreditado que pertencen ó patrimonio familiar dos irmáns da causante. 3.- Comprometerse por escrito ó cumprimento das condicións impostas no testamento de expoñer permanentemente os mobles e obxectos artísticos para proceder á entrega do legado, exclusivamente nos termos establecidos no testamento. 4.- Aceptar o sistema de sorteo ante notario dos lotes que se realicen unha vez realizada a taxación da Finca Loureiro e aclarado o valor líquido real dos produtos financeiros á data actual. 5.- Notificar este acordo ás partes interesadas, no seu caso. 12.21729.- PRÓRROGA DE DEZASETE BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL EN CENTROS E SERVIZOS DEPENDENTES DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL E CONCELLOS DA PROVINCIA Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o 31 de maio de 2013, aprobáronse as Bases e a convocatoria de 17 bolsas de práctica laboral nas diferentes liñas de actuación que se desenvolven en Centros dependentes da Deputación de Pontevedra e Concellos da provincia, publicada no BOP nº 105 do 03 de xuño de 2013, entre as que figuraban as seguintes: - Expediente D1 Deputación- Medio Ambiente: unha bolsa para licenciados e graduados en ciencias do mar. - Expediente D2 Deputación: unha bolsa para licenciados e graduados en ADE. - Expediente D4 Comunicación Institucional: unha bolsa para licenciados e graduados en comunicación audiovisual. - Expediente D5 Gabinete de Presidencia: unha bolsa para técnicos superiores en son para audiovisuais e espectáculos. - Expediente D6 Asistencia Intermunicipal: dúas bolsas para licenciados en veterinaria. - Expediente D7 Información: unha bolsa para licenciados e graduados en socioloxía ou en economía. - Expediente D8 Deputación-Areeiro: unha bolsa para técnicos superiores en administración de sistemas informáticos ou en desenvolvemento de aplicacións informáticas. - Expediente D9 Comunicación Institucional: unha bolsa para ciclos superiores en deseño e produción editorial, produción en industrias de artes gráficas, deseño e edición publicacións impresas e multimedia e deseño e xestión da produción gráfica. - Expediente C1 Rodeiro: unha bolsa para licenciados e graduados en ADE. - Expediente C2 Meaño: unha bolsa para licenciados, graduados ou diplomados en maxisterio, especialidade educación infantil. - Expediente C3 Meaño: unha bolsa para licenciados en actividade física e do deporte. - Expediente C4 Baiona: unha bolsa para técnicos superiores en administración de sistemas informáticos ou en desenvolvemento de aplicacións informáticas. - Expediente C7 Fornelos: unha bolsa para técnicos superiores en administración de sistemas informáticos ou en desenvolvemento de aplicación informáticas. Por Resolución Presidencial de data 31 de xullo de 2013 ratificada na Xunta de Goberno do 2 de agosto de 2013 adxudicáronse ditas bolsas de práctica laboral a favor dos seguintes candidatos e cos efectos que se relacionan a continuación: Apelidos e nome Concello Efectos nº exp. 1 Sabarís Hermida, Laura María Medio Ambiente 01/10/13 D1 2 Expósito Lores, Laura Deputación (Exposalnés) 01/08/13 D2 3 Broullón Pousada, Damián Deputación (Exposalnés) 01/08/13 D2 4 Chapela Santomé, Cristina ORAL 01/08/13 D2 5 Borrajo Leirós, Celsa Inés Comunicación Institucional 01/08/13 D4 6 Camarero Llamas, Yago Gabinete de Presidencia 01/08/13 D5 7 Puente Rozados, Helena Asistencial Intermunicipal 01/08/13 D6 8 Yarza Sobral, Estíbaliz María Asistencia Intermunicipal 01/08/13 D6 9 Rodríguez Ortega, Nicolás Información 01/08/13 D7 10 Buceta Suárez, Damián NN.TT.(Areeiro) 01/08/13 D8 11 Costás Vallés, Adolfo Comunicación Inst. (Imprenta) 01/08/13 D9 12 Vicente Alcalde, Alberto Novas Tecnoloxías 01/08/13 D10 13 Gómez Carrera, Iván Concello de Rodeiro 01/08/13 C1 14 Castelo Alfonsín, Fátima Concello de Meaño 01/08/13 C2 15 Portela Gómez, Verónica Concello de Meaño 01/08/13 C3 16 Bescansa García, Manuel Raúl Concello de Baiona 01/08/13 C4 17 Rego Edreira, María Concello de Fornelos de M. 01/08/13 C7 Na base novena da convocatoria establécese que antes de que transcorran os últimos quince días do quinto mes do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación para poderen valorar se procede ou non a prórroga. Á vista das memorias presentadas polos bolseiros relacionados no cadro anterior os respectivos titores informan favorablemente á prórroga da bolsa por seis meses. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 15 de xaneiro de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar as bolsas concedidas ós seguintes bolseiros cos efectos que se relacionan a continuación, por un período de seis meses: Apelidos e nome Concello Efectos nº exp. 1 Sabarís Hermida, Laura María Medio Ambiente 01/02/14 D1 2 Expósito Lores, Laura Deputación (Exposalnés) 01/02/14 D2 3 Broullón Pousada, Damián Deputación (Exposalnés) 01/02/14 D2 4 Chapela Santomé, Cristina ORAL 01/02/14 D2 5 Borrajo Leirós, Celsa Inés Comunicación Institucional 01/02/14 D4 6 Camarero Llamas, Yago Gabinete de Presidencia 01/02/14 D5 7 Puente Rozados, Helena Asistencial Intermunicipal 01/02/14 D6 8 Yarza Sobral, Estíbaliz María Asistencia Intermunicipal 01/02/14 D6 9 Rodríguez Ortega, Nicolás Información 01/02/14 D7 10 Buceta Suárez, Damián NN.TT.(Areeiro) 01/02/14 D8 11 Costás Vallés, Adolfo Comunicación Inst. (Imprenta) 01/02/14 D9 12 Vicente Alcalde, Alberto Novas Tecnoloxías 01/02/14 D10 13 Gómez Carrera, Iván Concello de Rodeiro 01/02/14 C1 14 Castelo Alfonsín, Fátima Concello de Meaño 01/02/14 C2 15 Portela Gómez, Verónica Concello de Meaño 01/02/14 C3 16 Bescansa García, Manuel Raúl Concello de Baiona 01/02/14 C4 17 Rego Edreira, María Concello de Fornelos de M. 01/02/14 C7 A dotación económica das bolsas ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario o que supón para o ano 2014, un total de 81.600,00 €, sendo o custo da seguridade social a cota que se fixe na Orde de Cotización a Seguridade Social para o ano 2014. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias que resulten da incorporación dos remanentes de crédito do exercicio anterior. 13.21730.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL 2013 PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA CON DESTINO Ó CONCELLO DE MONDARIZ Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o 21 de decembro de 2012, aprobáronse as Bases e a convocatoria de 195 bolsas de práctica laboral para titulados universitarios nos Concellos da provincia, publicada no BOP nº 1 do 02 de xaneiro de 2013, entre as que figuraban as seguintes: - Expediente C082 Mondariz: unha bolsa para enxeñeiros forestais. Dito proceso quedou vacante por falta de candidatos, mediante escrito presentado no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra polo Concello de Mondariz que solicita cambiar a titulación da bolsa C082 por unha titulación distinta de licenciados en periodismo. Mediante Resolución Presidencial de data 30 de xullo, adxudicouse dita bolsa ó candidato suplente D. Emilio José Martínez Conde, debido a renuncia da titular con efectos dende o 01 de agosto de 2013 ata o 29 de xaneiro de 2014. Na base novena da convocatoria establécese que antes de que transcorran os últimos quince días do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación para poderen valorar se procede ou non a prórroga. Mediante informe de avaliación e a vista da memoria presentada a titora considera que procede prorrogar a bolsa. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 15 de xaneiro de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar a bolsa concedida a D. Emilio José Martínez Conde dende o 30 de xaneiro de 2014 ata o 29 de xullo de 2014. A dotación económica da bolsa ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario o que supón para o ano 2014 un total de 4.800,00 €, sendo o custo da seguridade social a cota que se fixe na Orde de Cotización a Seguridade Social para o ano 2014. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias que resulten da incorporación dos remanentes de crédito do exercicio anterior. 14.21731.- PRÓRROGA DE DÚAS BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL 2013 PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA CON DESTINO Ó CONCELLO DE BUEU E Ó CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o 21 de decembro de 2012, aprobáronse as Bases e a convocatoria de 195 bolsas de práctica laboral para titulados universitarios nos Concellos da provincia, publicada no BOP nº 1 do 02 de xaneiro de 2013, entre as que figuraban as seguintes: - Expediente C012 Bueu: unha bolsa para licenciados, enxeñeiros, graduados e diplomados en informática. - Expediente C169 Vilanova de Arousa: dúas bolsas para licenciados e graduados en ciencias da actividade física e do deporte. No Boletín Oficial da Provincia, número 105 de data 03 de xuño de 2013, publicáronse as Bases da Convocatoria de 17 Bolsas de Práctica Laboral nas diferentes liñas de actuación que se desenvolven en Centros e Servizos dependentes deste organismo Provincial e Concellos da provincia entre as que figura a seguinte: - Expediente D10 Deputación NN.TT.: unha bolsa para técnicos superiores en administración de sistemas informáticos ou en desenvolvemento de aplicacións informáticas. O expediente C012 para o Concello de Bueu que quedou vacante por falta de candidatos. Mediante escrito presentado no rexistro, o Concello de Bueu solicita renunciar á bolsa do expediente C012 e que se lle conceda un bolseiro da titulación do expediente D10 (convocatoria do 03 de xuño de 2013). Mediante Resolución Presidencial de data 30 de xullo de 2013 adxudicouse a bolsa do expediente C169 ó candidato suplente David Enríquez Marticorena por renuncia do titular, e por acordo adoptado na Xunta de Goberno con número 18.21205, en sesión celebrada o 2 de agosto ratificouse a Resolución Presidencial de data 31 de xullo de 2013 pola que se adxudica a bolsa do expediente D10 ó candidato Marcos Fontenla Pedreira, con efectos do 01 de agosto de 2013 e ata o 31 de xaneiro de 2014. Na base novena da convocatoria establécese que antes de que transcorran os últimos quince días do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación para poderen valorar se procede ou non a prórroga. Mediante informe de avaliación e a vista da memoria presentada o titor considera que procede prorrogar a bolsa. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 15 de xaneiro de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar as bolsas concedidas os seguintes bolseiros e cos efectos que se relacionan a continuación, por un período de seis meses: Apelidos e nome Concello Efectos nº exp. Enríquez Marticorena, David Vilanova de Arousa 01/02/14 C169 Fontenla Pedreira , Marcos Bueu 01/02/14 D10 A dotación económica da bolsa ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario o que supón para o ano 2014, un total de 9.600,00 €, sendo o custo da seguridade social a cota que se fixe na Orde de Cotización a Seguridade Social para o ano 2014. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias que resulten da incorporación dos remanentes de crédito do exercicio anterior. 15.21732.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 16.21706 ADOPTADO EN XUNTA DE GOBERNO DE DATA 27/12/2013 NO QUE SE ADXUDICAN AS BOLSAS CORRESPONDENTES Ó PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS DO SECTOR PRIVADO Por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó plan de práctica laboral en empresas do sector privado, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. En dito acordo detectáronse unha serie de erros materiais, nuns casos con respecto á determinación das empresas adxudicatarias e noutros por terse omitido a identificación do bolseiro, que procede emendar ó obxecto de proporcionar seguridade xurídica ós expedientes. De conformidade co previsto no artigo 105.2 da lei 30/92, de 26 de novembro, de RXAP e PAC, as administracións poden rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Rectificar o acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 con respecto á determinación das empresas adxudicatarias dos seguintes bolseiros, no sentido que onde di: Exp. Titulación Bolseiro Empresa E9 Ciclo medio en obras de interior, decoración e interior Noelia Goce Vicente Alba Lago Barreiro (Tenda de decoración) 600 € E80 Licenciatura en ADE Mariana Rodríguez Ferro Consorcio Agroalimentario de Galicia, S.A. 800 € Debe decir: Exp. Titulación Bolseiro Empresa E9 Ciclo medio en obras de interior, decoración e rehabilitación ou ciclo superior en proxectos e dirección de obras de decoración. Noelia Goce Vicente Alba Lago Barreiro (Tenda de decoración) 700 € E80 Licenciatura en ADE Mariana Rodríguez Ferro INAE Asesores Empresarias, S.L. 800 € 2.- Rectificar o acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 por terse omitido o nome e apelidos dos bolseiros adxudicados ás seguintes empresas: Exp. Titulación Bolseiro Empresa E22 Ciclo superior en desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas. Rubén Domínguez Cabaleiro OFTEFOR C.B. 700 € E80 Licenciatura en ADE Mª Jesús Cores Varela Consorcio Agroalimentario de Galicia, S.A. 800 € 16.21733.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición