Fondos
2009-05-29_Ordinaria. Acta de sesión 2009/05/29_Ordinaria
Acta de sesión 2009/05/29_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/3.2009-05-29_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/05/29_Ordinaria
Data(s) 2009-05-29 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 60 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 29 de maio de 2009 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinte e nove de maio do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado D. Pauliño Damián Del Río Iglesias. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.5819.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto número 1. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 30 de abril de 2009. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 30 de abril de 2009. 2.5820.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE COVELO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN PROVISIONAL DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA TAXA POR LICENZA URBANÍSTICA, ASÍ COMO A EMISIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DE CADA UN DESTES TRIBUTOS Sr. Presidente.- Punto número 2. Delegación de competencias do concello de Covelo a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Covelo na sesión celebrada o día 27 de marzo de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 20 de maio de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Covelo, para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Covelo, por acordo do Pleno de data 27 de marzo de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. 2. Esta delegación do concello de Covelo será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Covelo así como os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Covelo, para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.5821.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE COVELO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN DA TAXA POR UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL CONSTITUÍDO EN SOLO, SUBSOLO OU VOO DAS VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS, A FAVOR DE EMPRESAS EXPLOTADORAS DE SERVIZOS DE SUBMINISTRACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 3. Delegación de competencias tamén do concello de Covelo a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección da liquidación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial constituído en solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Covelo na sesión celebrada o día 27 de marzo de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección da liquidación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial constituído en solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 20 de maio de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Covelo, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial constituído en solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Covelo, por acordo do Pleno de data 27 de marzo de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial constituído en solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións. 2.- Esta delegación do concello de Covelo será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Covelo así como os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Covelo, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial constituído en solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.5822.- CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO DA OBRA “PASARELA DE ACCESO Ó ENTORNO NATURAL DA ILLA DA FILLABOA SOBRE O RÍO MIÑO”, PARA AS OBRAS DE “SANEAMENTO DA PARROQUIA DE ARANTEI” E “SANEAMENTO DA PARROQUIA DE PORTO” Sr. Presidente.- Punto número 4. Cambio de aplicación solicitado polo concello de Salvaterra de Miño da obra “Pasarela de acceso ó entorno natural da Illa da Fillaboa sobre o río Miño”, neste caso para cambio ás obras de “Saneamento da parroquia de Arantei” e “Saneamento da parroquia de Porto”. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, estamos ante un cambio de aplicación, de orixe isto era, a Deputación mediante convenio co concello de Salvaterra financiaba unha pasarela, bueno, dende a terra, dende a parte norte, á Illa de Fillaboa no río Miño. Ben, unha illa de gran valor, que está bastante deteriorada por culpa das areeiras presentes alí ata agora e demais. Isto aprobouse na Xunta de Goberno, non houbo ocasión de que pasara por Pleno, pero, de todas maneiras, podemos entender perfectamente que a Deputación faga un convenio, ou sexa, financie, de maneira extraordinaria por fóra do que son as bases dos distintos plans, a un concello para unha obra excepcional, correcto, pero non creo que unha obra excepcional sexan os saneamentos nunhas parroquias, iso debe ser excepcional de toda a provincia, ou sexa, deben citar absolutamente a todos os concellos, co cal, pois, estando de acordo en que a Deputación debe financiar saneamentos e demais, pois non parece que sexa especialmente correcto, para iso hai unhas liñas de subvencións, para saneamentos e demais, salvo que se nos explique que o concello de Salvaterra, nas anualidades esas que están contempladas non levou, ou sexa, non é isto a maiores do que lle correspondería por outros plans da Deputación, o do acceso á Illa de Fillaboa, porque se agora na práctica pois estamos facendo unha discriminación ou un trato diferente entre concellos, e non, ou sexa, que estamos pervertendo o principio de facer actuacións excepcionais e concretas, e o estamos convertendo nunha subvención especial a un concello para un fin que necesitan absolutamente todos os concellos. A maiores, en principio non é certo que se manteña a subvención, porque se eran 450.000 euros, alí hai gastados cartos xa, alí hai gastados cartos, pola información de que dispoñemos uns 100.000 euros, non sabemos se os pagou o concello ou se os pagou tamén esta Deputación, porque é un convenio, se pagou tamén esta Deputación pois se está aumentando a cantidade inicial. E, xa para rematar, evidentemente todas estas cousas teñen a súa complexidade, pero tanto este punto como o anterior sería recomendable que a Deputación como Institución de segundo nivel como é neste caso, pois que cando se lle plantexa un convenio ou se lle plantexa algún tipo de obra, que cando menos, cando menos, contaran cos informes preceptivos, estiveran, senón acabados polo menos solicitados, e se soubera como van, e non toparnos despois que se piden as autorizacións, independentemente da opinión que me mereza esa autorización, entendemos que si a debía conceder a Confederación Hidrográfica, pero bueno, se aínda na concede, pero bueno, debía estar antes e non meternos nestas músicas. Ben, en consonancia do que dixen ímonos abster, que quede claro, é dicir que, o do acceso á Illa de Fillaboa estabamos de acordo pola situación que ten e o que significa, que con que se fagan saneamentos tamén, pero que se enlacen as dúas cousas e pase dun ó outro e que o concello de Salvaterra consiga medio millón de euros a maiores ou o que sexa para un saneamento, que non conseguen outros concellos que teñen as mesmas necesidades de saneamento, pois bueno, nos parece, non nos parece o procedemento máis axeitado para repartir de maneira ecuánime os fondos desta Deputación entre os concellos da provincia. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, bos días. Eu antes de nada, de verdade que me gustaría que o Presidente nos aclarara por que o Pleno comezou trece minutos máis tarde, nin pediu desculpas nin aclarou o por que, cousa que por respecto ós demais debería facer. Segundo tema e entrando no fondo da cuestión, tanto deste punto coma do seguinte, miren, aquí no fondo desta cuestión hai unha cousa moi sinxela, e é que non se poden repartir os cartos como lle peta ó Presidente, cando se reparten como lle peta ó Presidente pasan estas cousas. Entón, a pregunta do Grupo Socialista, e dende logo que se a resposta é positiva igual variábamos o sentido do voto e votábamos a favor neste punto e no seguinte, a pregunta é a seguinte, é dicir, ¿vai a abrir vostede a posibilidade de convenios a todos os concellos da provincia en igualdade de condicións?. Se nos contesta que si, votamos a favor deste e do punto seguinte, e senón, loxicamente, vamos absternos porque en principio ós demais concellos da provincia négaselles esta vía. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Os minutos foron evidentemente os cinco de cortesía máis algún minuto máis, pero intentaremos na medida do posible, pois axustarnos ó horario, ás veces esperamos por algún compañeiro por senón están todos, bueno, pois eu creo que se lles debe dar, ás veces teñen problemas de aparcamento aquí e entón hai que esperar sempre, nalgún caso, pero intentaremos axustarnos ó horario previsto. Ten a palabra D. Agustín Reguera en relación á cuestión que nos ocupa. Adiante. Sr. Reguera Ocampo.- Vamos a ver, como dixeches trátase de cambiar o destino dun convenio firmado no seu día co concello de Salvaterra, o concello de Salvaterra solicitou por problemas de, bueno, de permisos da Confederación Hidrográfica, bueno, pois que o puidera dispoñer para destinalo a outras obras necesarias no mesmo concello, obras necesarias como son, bueno, todos sabemos as necesidades que temos os concellos en temas de saneamento, e que Salvaterra tamén as ten, e en todo caso pois, bueno, esta Deputación considerou que esta necesidade era imperante nestas, nas dúas parroquias que o propio concello solicitou, e vamos, non ten maior, digamos, maior transcendencia que a que lle queiramos dar. De todas formas, dicir que eu creo que se están firmando convenios con moitos concellos, é facultade de momento deste equipo de goberno para poder firmalos, e por suposto, que eu creo, que en todo caso non se está facendo pois unha grande distinción, digamos, de cores políticas. Eu creo que neste caso, no caso que nos ocupa, creo que é un caso de, vamos, dúas parroquias, Arentei e Porto, ás cales se dedican 232.000 e 218.000 para saneamento, e que vamos, esa foi a petición do concello de Salvaterra, e que esta Deputación pois considera que se ha de atender, porque é de necesidade e ademais é xusta. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Agustín Reguera. Bueno pois, como xa quedou dito, eu creo que é unha actuación necesaria para este concello, que volve dalgunha maneira a reincidir na cuestión de que a Confederación Hidrográfica pois non dou autorización para poñer en marcha esas obras, co cal volvemos a reiterar que é un problema de que, vamos, estamos tendo, tanto concellos como Deputación, distintos problemas coa Confederación Hidrográfica nese ámbito de actuacións, no que é o entorno do río Miño, e ademais que tardaron, porque este é un convenio, se mal non recordo, debe ser do ano 2006 aproximadamente, e que despois de tres anos pois hai que anular e proceder a investir en saneamento. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, é que, a ver, a cousa é un pouquiño máis complicada, a nós nos gustaría entrar así, digamos, a fondo, creando un problema, un debate gordo sobre isto. Pero parece ser que non é certo, a autorización da Confederación Hidrográfica xa está, o que non estaba era ó principio, non estaba cando se fixo o convenio no 2006, agora está e máis ben, pero queríamos, en fin, non tirar máis por esta liña, máis ben é que ó concello de Salvaterra pois lle parecía maravilloso facer o paseo, e despois deixoulle de parecer maravilloso, porque custaba máis ou polo que fora. Co cal, en fin, que quere que lle diga, que quere que lle diga, que quere que lle diga, ou sexa, primeiro pídese unha obra sen as autorizacións, cousa que esta Deputación debía coidar e debía pedir que estean as autorizacións, senón está a autorización pois non ten présa, xa irá para cando estea, máis ou menos, e segundo, é dicir, iso é o que fan todas as administracións cando dan a subvención, vostede o sabe, vostede o sabe, outra cousa é cando o fai directamente unha administración que igual cre que ten un control e vai a facer uns trámites que despois non dá feito, que é diferente. E segundo, esa autorización está agora, polo que sabemos, entón máis ben é, en fin, o Alcalde de Salvaterra consegue que se lle dean cartos para unha cousa e despois nos trámites pérdese ou non se perde, cambia de idea e entón se lle dá para outro, co cal pois a finalidade específica pois deixa de aparecer, desaparece, co cal, deixémolo así, vámonos abster e creo que é o mellor. E ademais creo que é un erro porque o entorno si se merece facer a pasarela e agora pódese facer, hai autorización, e non se vai facer, entón, a boa intención que podía haber, a finalidade do plan da Deputación de subvencionar unha actuación excepcional, digamos, non, atípica, non, especial, que era ese acceso á Illa de Fillaboa, que á parte do acceso si habería que facer outras actuacións naquela illa, porque ten certa degradación por culpa das actividades que houbo alí, que parece que, que a ninguén lle preocupou, agora non se vai a facer. En fin, eu creo que aí, me parece que como outras veces son vostedes moi, en fin, moi celosos da finalidade e do que di o alcalde ou alcaldesa de turno, en fin, igual non está ben e entón teñen que vostedes intervir, hai casos coma estes, que en fin, o que diga o alcalde de turno pois vale para un lado e para outro, se di, a), financiámoslle a), se despois cambiou de a) e pasa a b), pois financiámoslle b), etc., cousa que non parece especialmente correcta. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Podemos coincidir nalgúns comentarios deses, tamén coincidimos de que quizais este concello, en relación a esas accións que puxo en marcha de recuperación do entorno dese excepcional parque que se fixo da Canuda nesta zona, pois creo que é modélico, e continuar como vostede ben dicía a actuación ata a Illa de Fillaboa, pois era o que dalgunha maneira correspondía. Pero bueno, despois de tanto tempo de espera, eu non sei nestes momentos se ten permiso ou non o ten, pero creo que o que pretende tamén é necesario porque afecta a un bo número de habitantes deste concello, e en definitiva pois eu creo que a acción e a obra así o xustifica. Por iso que nós estamos plenamente de acordo en que isto se debe poñer en marcha canto antes para que este diñeiro por suposto non se perda, e que se faga a inversión en saneamento, que eu creo que é unha cuestión imprescindible, e que o Alcalde na medida do que poida, porque así o fixo ata agora, pois creo que está facendo un magnífico labor no que é a recuperación medio ambiental de toda aquela zona, e creo que é modélico, visitado por miles de persoas cada fin de semana e oxalá poida seguir nesta liña. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Presidente, ocorre que eu fixen unha pregunta e o Sr. Reguera non me contestou á pregunta que fixen, é dicir, pero me vale vostede, me vale vostede se me contesta, claro. A ver, ¿está disposto o grupo de goberno ou o Presidente da Deputación a abrir unha liña de convenios para todos os concellos da provincia nestas condicións?. Lle poñía os dous casos que hoxe traemos a Pleno, temas de saneamento e o punto seguinte que é o do Auditorio de Ponteareas. ¿Está disposto a facelo, volvo a repetir, en igualdade de condicións para todos os concellos da provincia ou non?. E ó fío do debate, Sr. Louzán, ocorréseme que, a ver, eu non entendo nada, porque o normal, a práctica habitual nesta casa houbera sido, segundo vostede, houbera sido que adxudicaran esta obra, que lle pagaran á empresa a obra e que esperáramos, iso segundo vostede é práctica habitual, está dicindo estes días, sistematicamente en todos os medios de prensa, e resulta que neste caso, curioso, tamén é no concello de Salvaterra, a ubicación, neste caso pois non utiliza a práctica habitual. Que sería algo normal, é dicir, se un entende que a práctica habitual é esa pois xa está, en vez de traer aquí a modificación vostede adxudica tal e como viña o convenio, adxudica a obra, como non hai permiso da Confederación, pois bueno, espera e segue esperando nun momento determinado lle paga á empresa a obra, pídelle o aval para responder da obra, non sei se lle recorda algo isto, pídelle o aval, segue sendo práctica habitual, e bueno, xa se fará, porque segundo vostede estes días é a práctica habitual, e resulta que aquí rompe a práctica habitual, algo que consideraba o concello de Salvaterra e a Deputación que era bo, e non se fai e se cambian os cartos para un saneamento. Perfecto, volvo á pregunta do principio Sr. Louzán, xa sabe cal é, é dicir, ¿está disposto vostede a abrir unha liña de convenios en igualdade de condicións para todos os concellos da provincia en temas de saneamento e de auditorios?. Nada máis. Vamos absternos, loxicamente. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias D. Emilio González. Eu case en vez de contestarlle a esta pregunta me vou a remitir a un compañeiro seu, chamábase naquel entón Pachi Vázquez, ¿coñéceo, non?, Conselleiro de Medio Ambiente, creo que se chamaba, e de maneira pois autoritaria como suelen facer, porque vostede representa a un partido, colleu e concedeu convenios a diestro y siniestro, se quere sacamos a relación agora, e entón eu non sei se o fixo con ese criterio que vostede busca que se faga dende a Deputación, que o intentamos facer por suposto, que non somos tan sectarios como foi o Sr. Pachi Vázquez. E do tema da adxudicación, se falamos de práctica habitual, home, se quere vamos a sacar ademais, haberá noticias pronto, de ¿canto adxudicou o Sr. Pachi Vázquez por emerxencia?. Cuestión de emerxencia é aquilo de cando hai unha cuestión, que a emerxencia pois xustifica que ten que ser unha cousa de darlle a unha prensa directamente, esas cousas que vostede sabe, exacto. A última, eu creo que había sido en Cangas, me parece, en Cangas había unha adxudicación que se fixo dunha obra por emerxencia que aínda non se fixo hoxe, e era por emerxencia, e xa a fixo el hai ano e medio. Pero deses hai cantidade, tranquilo, que van a vir, que hai cantidade abundante. Entón, eu non sei se a práctica que me pide a min que faga dende aquí é a que fixo o Sr. Pachi Vázquez ou a que queremos facer nós, que de maneira habitual tratamos pois de intentar, pois continuar o que se fixo ata agora. E no caso este en concreto, voulle a dicir que ten sinceramente unha xustificación, neste caso en concreto, e a xustificación é probablemente que nos 62 concellos que hai na provincia de Pontevedra non hai ningunha actuación como a que hai en Salvaterra do Miño, neste caso en concreto, ningunha. E máis o reto a vostede a que me poña unha en condicións iguais, non a hai, non a hai. Polo tanto, esta era continuar evidentemente a gran obra que alí se fixo, financiada en parte xa no seu día pola Deputación, que era ese parque excepcional, único, visitado cada fin de semana por miles de persoas. Polo tanto, era un convenio como ben dicía o Portavoz neste caso do Bloque Nacionalista Galego, criamos que era interesante, por iso se fixo, por iso se continuou, finalmente vai para unha causa que é tan noble como era esa, que é para saneamento en definitiva para os veciños, e polo tanto estamos convencidos de que non hai ningún tipo de actuación interesada hacia un concello senón que é darlle solución a un problema que ten este concello, que xa digo, pois vén a resolverlle os problemas ós veciños, e para iso estamos nós, para colaborar cos concellos. Polo tanto, eu xa digo que estou satisfeito de que o Alcalde finalmente houbera tomado esta decisión, que tamén se fose a outra pois entenderíamos que era a inicial, pero coa demora e con todos os problemas que houbo pois non se puido facer. Por iso eu creo que queda máis que contestada senón eu xa digo, eu pódolle remitir un escrito ó Conselleiro de, ó ex de Medio Ambiente, e que me diga como fixo el en todas estas adxudicacións, tanto dunha forma, as que fixo por emerxencia como as que fixo de maneira, co dedo, e ademais dábase a coincidencia de que todas as últimas que pretendían convenios, que deixou firmadas estando en funcións, curiosamente todas eran do Partido Socialista, con alcaldes do Partido Socialista. Xa digo, como faría, non creo que el, agora un representante político desa magnitude, etc., posto aí por D. José Blanco, etc., pois como vai a facer unha actuación de poñer en marcha só convenios cos concellos gobernados polo Partido Socialista, ¿como será capaz?, preguntou eu, ¿como será capaz de facer unha cousa como esa?, unha persoa que aspira a ser Presidente da Xunta ten que demostrar que dalgunha maneira, pois, vamos a intentar facer aquelas cuestións que son necesarias para todos, home, voulle dar un pouquiño máis ós meus e tal, pero aquí non é ós meus, aquí é que foi sectarismo total, só ós concellos gobernados polo Partido Socialista. Claro, el contaba, bueno, isto non creo que pase nada, porque bueno, eu agora me vou, pero claro, agora volvemos á escena política e na escena política nos vamos a encontrar de novo, por iso que xa digo, o problema disto, Sr. González, é que cando se está no goberno e se está na oposición pois hai que saber equilibrar, e neste sentido vostedes teñen un problema de que olvídano moi rápido, pois perderon as eleccións pois hai dous meses e algo, entón se olvidan rapidamente das cuestións, e creo que deben facer un pouco de memoria, revisarse a si mesmos e despois pedirlle ós demais pois que no que poidan que actúen de maneira coherente, como o que estamos facendo dende a Deputación. Eu creo que esta é unha actuación importante e necesaria, e que xa digo, non merece máis discusión, pero bueno, se quere lle vou a dar a palabra, porque algo me quere comentar a maiores, pois lle damos a palabra. Sr. González Iglesias.- Mire, unha precisión Sr. Louzán, eu non estou aquí representando a un partido político, eu aquí estou representando ós cidadáns igual que vostede, o que pasa é que vostede sempre o confunde, vostede confunde a representación que ten aquí, que é dos cidadáns, coa do partido político, é algo que lle veño dicindo sistematicamente. Eu milito nun partido político pero aquí estou representando ós cidadáns. Feita esa aclaración, que creo que era pertinente, mire, home, xa intuíamos, xa estamos mirando todos os días, de que agora teñen un obxectivo que se chama Pachi Vázquez, o obxectivo que ten o Partido Popular, pero bueno, nunca o dixeran tan descaradamente como acaba de facer o Sr. Louzán, o Sr. Louzán acaba de dicir, que están buscando absolutamente todo, pois ben, non hai ningún problema, busquen vostedes todo, pero claro, fágano, fágano cun pouquiño de obxectividade, porque claro, se para buscar algo resulta que adxudican auditorías a familiares seus, oe, mire, a cousa non vai moi por aí, que quere que lle diga, non é moi obxectiva, non é moi creíble o resultado do que vostedes buscan, é dicir, xa non é a amigos, é a familiares, a cousa vai ben. E de paso, de paso Sr. Louzán, podía vostede dirixirse ó actual Conselleiro de Medio Ambiente, non sabe, aquel do conforme, ¿entende?, é dicir, aquel que segundo vostede facía aquí algo que era práctica habitual, pero que resulta que neste punto da orde do día deixa de ser habitual, Sr. Louzán, neste punto da orde do día deixa de ser habitual. Mire, na necesidade da Pasarela coincidíamos todos, ¿vale?, ben, pois si coincidimos todos na necesidade da Pasarela faga o que segundo vostede é práctica habitual, adxudíquea, se pasa o tempo lle paga a obra á empresa, o mesmo que fixo, exactamente o mesmo, lle paga a obra á empresa, pídelle o aval para responder da obra, non hai quen poida executar ese aval despois, pero bueno, non pasa nada. Sr. Presidente.- O mesmo non. Perdoe. Sr. González Iglesias.- Non, non, agora estou eu no uso da palabra Sr. Louzán, e fágoo así que segundo vostede é a práctica habitual. Resulta que aquí rompe a práctica habitual, a rompe, a que segundo vostede é práctica habitual, rómpea e se vai a temas de saneamento, e loxicamente, mire, é certo que para o primeiro convenio se dá unha circunstancia especial que non se dá na inmensa maioría dos concellos da provincia, pero para o segundo que é este, para a modificación, este mesmo tema se dá absolutamente en todos e cada un dos concellos da provincia, todos e cada un dos concellos desta provincia, excepto un, creo, teñen problemas de saneamento. Entón volvo ó mesmo, é tan difícil, é tan difícil abrir unha liña, vostede que fai as cousas diferentes a como as facemos nós, abrir unha liña de convenios para todos os concellos da provincia en igualdade de condicións, porque segundo vostede quen logo facemos as cousas así somos nós, e vostede non se quere parecer a nós, pois loxicamente vai a facelo ben, esa era a pregunta. E o outro, volvo a repetir, mire, é dicir, eu non teño porque defender ó Sr. Pachi Vázquez por unha razón fundamental, porque este non é o Parlamento Galego, vostedes teñen alí representantes no Parlamento Galego para establecer este debate, isto é a Deputación de Pontevedra e eu estaba facendo referencia ó que dixo vostede no último mes na prensa, que segundo vostede é práctica habitual, e resulta que aquí rompe a práctica habitual. Pois mire, ou mentía estes días, non sei para tapar a quen, non sei se era curiosamente ó actual Conselleiro tamén, seu, ou senón cambiou de opinión rapidamente. Pero pode aclarárnolo. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Bueno, eu creo que o tema non dá moito máis de si, aínda que a min este tipo de debates si me gusta, porque sempre é entretenido, podemos pasalo un rato agradable, pero ós compañeiros dos medios non sei se lle será tan entretenido ou non, pero si. Agora vamos a ter moita materia na cal poder falar, porque a verdade é que vostedes por onde pasan sempre deixan un pouso interesante. Entón, eu creo que, polo que vostede di agora pertence ó grupo de non adscritos, porque non debe pertencer ó Partido Socialista, o cal, bueno, pois non é malo tampouco, pero, neste sentido non quere aliarse coas siglas polas cales neste caso vostede é Portavoz, porque o problema da política é que hai que ser coherente, vostede non nos pode esixir a nós o que vostedes non fan, polo tanto hai que ser minimamente coherentes. Entón, claro, o problema de que se están moitos anos na oposición, que estiveron en Galicia moitos, e volveron a estar de novo porque claro neste caso os galegos viron que, evidentemente vostedes non son o que realmente querían os galegos, e claro, tiveron que pasar de novo á oposición, e eu sei que iso lle pode pasar a calquera, pero claro, haberá que mirar por que pasou iso, entón, analíceno ben, míreno, sei que están desnortados últimamente, pero, bueno, eu que lle vou a facer, a vida política é así. Entón, neste tema quería aclararlle que non me deixou, pero bueno xa llo aclaro agora, que nós non podemos adxudicar a obra porque o diñeiro se transferira ó concello de Salvaterra, polo tanto eu non tiña ningún problema neste sentido, pero o diñeiro estaba transferido ó concello de Salvaterra, polo menos a autorización para o gasto. E nesta mesma liña segue, por iso eu creo que neste sentido a obra era, xa dixen antes, necesaria, vamos a poñela en marcha, por parte do concello e lle vamos a dar saneamento ós veciños, porque eu creo que iso é o realmente importante e destacable desta actuación. Vamos a proceder por iso á votación deste punto, neste caso do cambio de aplicación solicitado polo concello de Salvaterra, que antes era a obra de Pasarela de acceso ó entorno natural da Illa de Fillaboa sobre o río Miño e agora pasa a ser para as obras de saneamento das parroquias de Arentei e Porto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vista a petición do concello de Salvaterra de Miño sobre o cambio de aplicación da obra “Pasarela de acceso ó entorno natural da Illa de Fillaboa sobre o río Miño”, financiada pola Deputación de Pontevedra, cunha subvención de 450.759,00 Euros, con cargo á partida orzamentaria 911.911.762.01- Convenio- anualidades 2006/08, dada a imposibilidade manifestada polo citado concello para levala a cabo, no prazo estipulado, por non acadar o permiso da Confederación Hidrográfica, así como, a autorización da Xunta para proceder á tala de árbores no enclave de ubicación da pasarela; con destino ás obras “Saneamento da parroquia de Arentei” e “Saneamento da parroquia de Porto”. Visto o informe favorable do Enxeñeiro Técnico, Xefe de Sección de Control e Inspección, sobre a corrección e legalidade dos proxectos presentados, considerados, así mesmo, adecuados para a definición e execución das novas obras e, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, de data 20 de maio de 2009, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, o seguinte: - Aprobar o cambio de aplicación da obra “Pasarela de acceso ó entorno natural da Illa de Fillaboa sobre o río Miño” para as obras “Saneamento na parroquia de Arentei” e “Saneamento na parroquia de Porto”. - Aprobar a incorporación do financiamento da obra “Pasarela de acceso ó entorno natural da Illa de Fillaboa sobre o río Miño”, por importe de 450.759,00 Euros, para as obras “Saneamento da parroquia de Arentei” e “Saneamento da parroquia de Porto” por importe de 232.000,00 Euros e 218.758,99 Euros, respectivamente, con aplicación á mesma partida do orzamento provincial 911.911.762.01. 5.5823.- MODIFICACIÓN DAS CLÁUSULAS DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA REHABILITACIÓN DO AUDITORIO REVERIANO SOUTULLO Sr. Presidente.- Punto número 5. Modificación das cláusulas do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para rehabilitación do Auditorio Reveriano Soutullo. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. En fin, está isto animadiño, eu creo que houbo, hai un problema de tempos, un problema de tempos, é dicir, que o día 1 de marzo houbo eleccións, os resultados que teñen, o 1, o 2, o 3, houbo tertulias, análise, etc. Sr. Presidente.- Xa os houbo antes, antes do 1 tamén. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, pero eu creo que xa pasou, entón agora a destempo, non sei, bueno, uns levaron, igual tiñan algúns compañeiros desta Corporación sumo interese para ir a facer esas valoracións, análises e tal, é unha pena, é unha pena que non toparan onde vehiculizalos, veñan aquí ó Pleno a facelo, pero bueno, todo está ben, faltaría máis. Ben, indo ó caso nós cando veu o convenio xa nos abstivéramos con motivo de, é dicir, bueno, hai un auditorio que se fai un convenio con Ponteareas, tamén se fixo outro para saneamento urbano, cousa que non se fixo con ningún outro concello, pero bueno, tratándose ás veces dalgún concello moi especial, ó parecer, pois se fan este tipo de convenios. E agora pois sufre unha suba bastante importante, coma dun 40%, case un 40%, porque, si, de 1.180.000 a 1.592.000, vote contas, iso debe andar no trinta e moito por cento, bueno, porque o proxecto que se presentara daquela, que no expediente parecía que era un proxecto serio, pois parece que non era tan completo, custa máis e todas esas cousas, e claro, como o custe a maiores alguén o ten que pagar, entón se reparte na mesma proporción aumentando para o dos …, bueno, en consonancia, é dicir, o único que cambia é a cantidade, en consonancia co que xa votáramos cando veu por primeira vez aquí e pola mesma argumentación, que xa é moi reiterada con este tipo de reto, claro, se é unha estrada, se é unha actuación, non, creo que hai, falando de coherencia, eu creo que cando vostedes por exemplo meteron a A Estrada e Pontearnelas votamos a favor, unha estrada provincial, bueno, tocoulle alí como lle tocou a outro lado, hai bo tipo de actuacións, si, pero se a actuación é municipal debería haber un pouquiño máis de ecuanimidade, non é que nos opoñamos a que se faga o pavillón, non é que nos opoñamos, pero en fin, ¿dáse o mesmo trato a todos os concellos?. Bueno, vostede me dirá “non é que non piden”, bueno, se cadra non se lle dá a oportunidade, non o sei, non o sabemos, ante a dúbida pois abstémonos naquel momento cando veu o convenio e agora tamén nos vamos a abster. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Bueno, eu creo que a actuación probablemente sexa un dos primeiros auditorios construídos en Galicia, creo que despois de case trinta anos era necesaria esta actuación, e bueno, que axuda evidentemente ó financiamento tamén o propio concello, e que lle damos unha infraestrutura que cremos e consideramos necesaria para este concello, para os seus habitantes, en definitiva pola actividade cultural que ten, e cremos que polo tanto cumpre pois todos e cada un dos obxectivos que se pretendía con el. Aí si é certo esa modificación, que é preferible vela agora antes de proceder á licitación da obra, que se fará de maneira inmediata para que dean inicio ás obras o antes posible, e que con isto pois, con esta modificación que se fixo se contemplan, eu diría que practicamente, practicamente todas as necesidades que esta infraestrutura cultural require para este municipio. Por iso vamos a proceder neste sentido á súa votación e votamos o punto número 5, que é modificar as cláusulas deste convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Sendo necesario a modificación dalgunhas das cláusulas do Convenio de colaboración suscrito entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a rehabilitación do auditorio Reveriano Soutullo, aprobado en sesión plenaria do día 28 de setembro de 2008, como consecuencia do incremento no orzamento de execución material do proxecto básico e de execución do citado auditorio, a causa de diversas modificacións en unidades de obra, a adopción de solucións técnicas non previstas inicialmente, así como, a necesidade, en cumprimento da normativa vixente, da contratación da redacción dos estudos de seguridade e saúde, dos traballos de deseño e cálculo de instalacións e estruturas e redacción do proxecto. Vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación e, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación, de data 20 de maio de 2009, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, o seguinte: - Aprobar a “Modificación de cláusulas do Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a Rehabilitación do Auditorio Reveriano Soutullo”. O texto é o que se establece deseguido: MODIFICACIÓN DE CLÁUSULAS DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A “REHABILITACIÓN DO AUDITORIO REVERIANO SOUTULLO” En Pontevedra, a XX de maio de 2009 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E D. Salvador González Solla, na súa condición de Alcalde-Presidente do concello de Ponteareas, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúen o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 61.1,a) e 105.1, a) da Lei 5/97 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar a presente modificación de cláusulas do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a “Rehabilitación do Auditorio Reveriano Soutullo”, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que o Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 26 de setembro de 2008, adoptou entre outros, o seguinte acordo: “Aprobación do Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a “Rehabilitación do Auditorio Reveriano Soutullo, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre ambas administracións, posibilitar a rehabilitación do citado edificio, cun custo dun millón cento oitenta e sete mil cento corenta e catro euros (1.187.144,00€). Dito convenio, con vixencia ata o 31 de decembro de 2010, financiarase con achegas de ambas institucións, cunha distribución plurianual que abarca dende o ano 2008 ata o 2010, tal e como se establece no cadro de financiamento relacionado deseguido: 2008 2009 2010 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 100.000,00€ 500.000,00€ 349.715,20€ 949.715,20€ Concello de Ponteareas 60.000,00€ 100.000,00€ 77.428,80€ 237.428,80€ INVESTIMENTO TOTAL 1.187.144,00€ Así mesmo, e de conformidade co establecido na cláusula cuarta do citado convenio, á Deputación de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que se financiarán con cargo á partida 08/911.911-662.09 do orzamento provincial. As anualidades futuras financiaranse con cargo ás partidas correspondentes, quedando condicionado á aprobación dos orzamentos respectivos. II.- Por outra banda, é un feito contrastado e evidente que as decisións que se adopten na fase de redacción e deseño dun proxecto teñen unha posterior incidencia no custe total da obra. Ademais, a construción posúe unha serie de características que a diferencian e distinguen doutros procesos produtivos, como son a súa dependencia de factores administrativos, económicos, técnicos e sociais, que, na práctica, tradúcese, habitualmente, en modificacións ó alza no orzamento de execución material. Ademais as complexidades técnicas da obra, a adopción de novas solucións prácticas, a alteración de partidas ou unidades de obras, os cambios na calidade ou a revisión de prezos, inciden, necesariamente no incremento orzamentario. Por todo isto, as partes, recoñecéndose mutuamente capacidade plena para a realización do presente acto, estiman necesaria a suscripción do presente documento, e en consecuencia: ACORDAN Primeira.- É vontade de ambas Institucións modificar algunha das cláusulas do Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a Rehabilitación do Auditorio Reveriano Soutullo. Esta modificación entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011, modificándose, deste xeito, a cláusula oitava do citado convenio. Segunda.- Modificar a cláusula segunda, no senso seguinte: “O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra, de seguridade e saúde, asumindo, a Deputación e, por tanto, incluídos no presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto.” Terceira.- Modificar a cláusula terceira, referida á distribución plurianual e ó financiamento do convenio entre as partes, que quedaría do seguinte xeito: “Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o concello de Ponteareas, mediante a achega das cantidades relacionadas deseguido: 2008 2009 2010 2011 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 100.000,00€ 500.000,00€ 349.715,20€ 330.368,57€ 1.280.083,77€ Concello de Ponteareas 60.000,00€ 100.000,00€ 77.428,80€ 75.284,14€ 312.712,94€ INVESTIMENTO TOTAL 1.592.796,71€ As cantidades a achegar polo concello, que son un ingreso de dereito público, xerarán crédito na partida 08/911.911-662.09 debendo ingresar a cantidade correspondente á anualidade 2008 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. As cantidades das anualidades 2009, 2010 e 2011 deben ser ingresadas no primeiro trimestre dos exercicios correspondentes, e en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do concello que houbese na entidade provincial. No caso de que se produza unha baixa na adxudicación, unha modificación ou revisión de prezos do contrato, aplicarase ou financiarase nas mesmas porcentaxes das achegas iniciais das entidades.” Cuarta.- Modificar a cláusula cuarta, do seguinte xeito: “Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que serán financiadas, na anualidade 2008, con cargo á partida 08/911.911-662.09, unha vez incorporados os remanentes, e na anualidade 2009 con cargo á partida 911.911-662.09 do vixente orzamento provincial. As anualidades de 2010 e 2011 financiaranse con cargo ás partidas correspondentes dos exercicios futuros, quedando condicionado á aprobación dos orzamentos.” E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan a presente modificación de cláusulas de convenio por duplicado e a un só efecto, no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Polo Concello Rafael Louzán Abal Salvador González Solla 6.5824.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA SOBRE DEVOLUCIÓN DE TAXAS ÓS ASPIRANTES DAS PRAZAS PARA O PLAN DE EMPREGO PROVINCIAL Sr. Presidente.- Moción do Grupo Provincial Socialista sobre devolución de taxas ós aspirantes das prazas para o Plan de emprego provincial. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Ben, estivemos asistindo as declaracións do Presidente da Deputación da posta en marcha dun Plan de Emprego Provincial, co motivo, co motivo non, vamos, polo plan especial que se facía pola situación de crise pola que atravesaba o país. Sorprendeunos ó final que por esa entrevista e pouco máis que se lle facía ás persoas que se presentaban, que se lle cobren tres euros, e entendemos que un Plan anticrise, un plan destas características é para desempregados, para xente que está no paro, e entendemos que loxicamente non debe pagar un duro. Por iso que o plantexamos aquí que en calquera plan destas características non se lle cobren. Sr. Presidente.- Bueno, pois ten a palabra D. Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Moitas gracias Presidente. Queridos compañeiros deputados, a verdade é que eu pensei que cando me anunciaron que o Grupo Socialista ía a presentar unha Moción sobre o Plan de emprego da Deputación, pensei que era para felicitar ó equipo de goberno por sacar un plan que é o máis importante dende logo dos últimos anos, e sobre todo porque o que busca a Deputación con este plan é tratar de paliar unha situación de grave crise económica favorecida polo anterior goberno da Xunta de Galicia. Eu pensei que o Grupo Socialista ía a intentar colaborar, ter esa sensibilidade especial e mellorar as bases que rexen este gran Plan que presenta a Deputación, pero resulta que cando se presentaron as bases, o Grupo Socialista en ningún momento dixo nada para melloralas. O grupo de goberno si ten especial sensibilidade e rebaixou as taxas habituais que se viñan cobrando nesta Deputación de 6 a 3 euros, e cremos que evidentemente esta moción está fóra de lugar porque no momento que debían de presentar ese tipo de alegacións é anterior, e neste momento xa hai unhas bases, xa se presentaron uns 5.000, 5.000 persoas, cunhas bases establecidas, e loxicamente non se poden alterar. Tamén dicir que gracias a este plan se poden, van a empezar a traballar nestes días pois case 300 persoas, que evidentemente, debido á grave situación de crise non é suficiente, e por iso nós pensábamos que iso, que o Grupo Socialista ía a tratar de colaborar, de axudar, e de facer algo para mellorar o plan. Pero, parece que non, que o que quere é seguir unha liña demagóxica, quedar ben, un titular, nada máis que un titular, e deixar o demais así, non lle interesan os parados, non lle interesa ningunha das persoas que neste momento desgraciadamente están en paro e si lle interesa sacar un titular de prensa. Pois bueno, que lle vamos a facer, son distintas actitudes, a nosa actitude dende logo é estar coa xente máis desfavorecida, sacar o mellor plan posible, oxalá puidéramos facer un plan aínda máis amplo, e vamos a facer todos os esforzos posibles para que isto dende logo poida abarcar en seguintes anos a moita máis xente da provincia de Pontevedra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Jesús Vázquez Almuíña. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, se realmente, se realmente, como di o Sr. Almuíña, porque creo que é así Sr. Almuíña, é dicir, está falando de 300 persoas que van a empezar a traballar, polo tanto estamos falando de que quen se presentaron a este tema son parados. ¿É así?. Ben, loxicamente quen está parado ten máis necesidades económicas que quen non, por iso estamos plantexando que para este plan que se lle devolvan os 3 euros, ou sexa, non é algo tan, nin buscar ningún titular nin historias, é máis, estivemos pensando uns días, porque a raíz da pregunta no Pleno anterior e da resposta do Presidente, pensábamos que o ían a facer por propia iniciativa, mirando que pasan os días e non se fai por iso o plantexamos. Claro, a diferenza é que cando nós falábamos, facíamos a pregunta no Pleno, estaban falando de máis ou menos 3.000 persoas que se presentaran, é dicir, que por 3 son 9.000 euros, agora me fala de 5.000, que por 3 son 15.000, si, si, non é ningunha tontería, tanto que é o que lle custa a esta Deputación adxudicar a unhas bodegas un contrato para a elaboración de 4.550 litros de viño albariño, de uva producida na finca do Castillo de Soutomaior, é dicir, con poñer 105 euros máis téñeno arreglado, e pagárono os parados. Home, mire, Sr. Almuíña, sexamos serios, sexamos serios, estamos plantexando aquí algo, algo, que fan outros concellos desta provincia, que para este tipo de plans non cobrarlle, nin é demagoxia, é dicir, podía ser demagoxia se quen o presenta resulta que no seu concello non se fixera, pero se se fai tamén no seu concello, home, parecería absurdo que os concellos con bastante menos capacidade económica que a Deputación non estean cobrando por este tipo de selección de persoal, e que a Deputación o estea facendo, e non me vale dicir que a baixaron de 6 a 3, é dicir, para quen non ten nada 6 é moitísimo e 3 segue sendo moito-moitisimo. Polo tanto, mire, estamos falando de algo tan nimio como 15.000 euros, é dicir, de verdade lle parece absurdo e lle parece demagóxico dicir, oia, mire, devólvanselle os cartos a todas as persoas que se presentaron á selección porque se entende que son parados, tal como dixo vostede contrataron 300 parados, fágano así. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- A intervención, está claro que o sentido era puramente demagóxico, fala vostede de 15.000 euros, eu falo de igualdade na convocatoria, e di que outros concellos non cobran, que pagan case por ir ós concursos, ós exames. O concello de Marín pois aquí na páxina web do concello cobra 18 euros nunha praza temporal, o seu concello, Redondela, pois mire, chegou a cobrar ata 35 euros por praza, entón, é autenticamente demagóxico, pero non é demagóxico polas cantidades, é demagóxico como dicía anteriormente polo momento en que o fai, polo momento, porque vostede ben puido, cando a Deputación sabe que ía a sacar un plan para colaborar na diminución do paro na provincia de Pontevedra, aquel plus especial que tiña Galicia, que nos dicía o anterior Presidente, Touriño, non sabemos onde está ese plus especial, pois puido dicir, falar cos portavoces dos dous partidos, do Partido Popular e do BNG, e chegar a acordos deste tipo. Neste momento vostede sabe que hai unhas bases publicadas polas cales se presentaron unhas 5.000 persoas, que agora vostede quere modificar, posteriormente, e pode dicir tamén, e que devolvan o diñeiro a aqueles que non conseguiron a praza, ós que conseguiron si porque xa non son parados. Pero, de verdade, sexamos serios, sexamos serios, Sr. González, non se cabree nin levante a voz, é igual, as verdades se poden dicir de moi diferente tono, pero o certo, certo que o único que buscaba vostede era un titular de prensa, nada máis, quedar ben, pero se quería de verdade axudar a resolver este problema tiña moitas outras opcións. Polo tanto, creo que o correcto era que retirara esta moción, que traballara un pouquiño máis, se quere mellorar os plans da Deputación, colaborar cos Portavoces, neste caso do Grupo Popular pero tamén do Bloque, e traer o traballo feito, non buscar no Pleno unha foto, unha páxina e demais, porque o máis importante é a situación deste país, que como dicía antes e repito, que o plus que nos anunciaba o anterior Presidente e membro do seu partido, pois, desgraciadamente non se está a demostrar. Polo tanto, estamos encantados de que o Partido Socialista queira colaborar, e o invitamos a que poida colaborar e que traballe polo ben común de todos os cidadáns da provincia de Pontevedra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Jesús Vázquez Almuíña. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, home, a verdade é que o Partido Popular, os Deputados do Partido Popular teñen un sentido moi patrimonialista dos partidos, é dicir, mire Sr. Almuíña, o partido non é meu, eu dígolle o de antes, eu milito nun partido político dende hai moitos anos, dende hai máis de trinta anos, milito nun partido político pero milito, é dicir, nin é meu o partido nin represento ó partido, esta é outra historia. Home, a verdade, a verdade é que un xa está acostumado ás mentiras do Partido Popular, e digo ás mentiras, e neste caso á mentira do Sr. Almuíña, un xa está acostumado, non é a primeira vez, non é a primeira vez que o Sr. Almuíña minte neste Pleno, non é a primeira vez que os Deputados do Partido Popular minten neste Pleno, e non é a primeira vez que todos os representantes do Partido Popular minten neste Pleno. Dígollo así e que conste en acta Sr. Secretario, estou dicindo que o Sr. Almuíña minte, o digo así porque miren, vostedes primeiro teñen mal a información, Sr. Almuíña, a persoa que lle deu a información de Redondela non sabe de que vai o conto, non sabe de que vai o concello e deulle mal a información. E segundo, senón lla deu, entón minte a sabiendas que é peor. E digo isto porque, porque, Sr. Almuíña, son vostedes tan predecibles, tan predecibles son, que xa viña preparado para a mentira, e lle vou a facer chegar para que se adxunte á acta deste Pleno unha certificación da Secretaria do concello de Redondela, a ver quen minte, Sr. Almuíña, a ver quen minte, fágalle chegar aí, faga o favor, e voulla a ler, di: “o nome da Secretaria, Secretaria Xeral do concello de Redondela, certifico, certifico, que segundo resulta dos expedientes obrantes nesta Secretaría municipal ó meu cargo, os aspirantes que participaron na entrevista selectiva convocada para seleccionar unha praza de capataz, unha de oficial de 2ª e 14 peóns para a limpeza dos espazos públicos nas praias do concello de Redondela, non aboaron ningunha cantidade en concepto de dereitos de exame, e para que conste a petición do interesado, que son eu, expido e asino a presente certificación en Redondela a 27 de maio de 2009, pode ler vostede Sr. Almuíña, estou falando de algo que é exactamente o mesmo, o mesmo, non doutras cousas, do plan anticrise famoso, de algo que vostedes plantexaron aquí. Mire, outra cuestión, outra cuestión son as outras prazas, pero estas, estas Sr. Almuíña, estas, estas, lle poño o exemplo concreto, Sr. Almuíña, exemplo concreto, os peóns que contrataron vostedes para a limpeza de praias ¿canto pagaron?, e ó que me estou referindo na moción, ¿canto pagan no concello de Redondela?, ¡ah!, non, ¡ah!, dicía o refrán que era a primeira letra que o burro dá, efectivamente. Nada máis, seguimos mantendo a moción, e só aclararlle Presidente unha cuestión, só aclararlle unha cuestión, mire, eu cando plantexei isto no Pleno pasado plantexeino como un rogo, non buscaba ningún titular de prensa nin ningunha historia, absolutamente ningunha. O Sr. Almuíña á parte de mentir ten mal perder. Mire, Sr. Almuíña, papeles e certificacións. Sr. Presidente.- Sr. González, ten a palabra D. Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Me gustaría Sr. González que retirara inmediatamente o que acaba de dicir sobre os Deputados do Partido Popular. Sr. Presidente.- Si, iso ante todo. Sr. Vázquez Almuíña.- Pero mire, o problema, o problema é que hai un Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, exactamente pode lelo, vamos a adxuntalo tamén Sr. Presidente, se pode ser, logo á acta, e non é o Boletín do mentiroso, é o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, que non o escribiu ningún dos que estamos aquí, e que o remitiu o alcalde-presidente do concello de Redondela, onde di, iso, di, nº 175, mércores, 10 de setembro de 2008, e aí nas bases se di que hai uns que van a pagar 25 euros, outros 30, outros 25, outros 20, outros 15. Evidentemente, perdón Sr. González, agora estou eu no uso da palabra, teña paciencia, que para mentir, leva moitos anos na Deputación, tivo moito tempo para mentir aquí, agora déixeme falar a min, e despois sega mentindo outros vinte e tantos anos, que ten tempo, non se preocupe. Entón aquí, claro, podemos buscar un certificado da Secretaria municipal de que nos diga se exactamente na convocatoria onde eran todos de pelo loiro, ollos azuis e tal, non, pero mire, as convocatorias para contratar, do concello de Pontevedra, do concello de Marín e de moitos, e de case todos os concellos se fai así Sr. González, se fai así. Polo tanto, eu prefería que retirara o que dixo dos Deputados do Partido Popular porque traballan máis que vostede, bastante máis, e saben o que falan, e para mentirosos xa sabemos en que ala podemos encontrar un número máis importante. Pero mire, ó final vostede quere que haxa discusión, que haxa un pouquiño de polémica, pero vamos ó fondo do asunto. O fondo do asunto é a situación de crise económica que nos abocaron os gobernos como o de Zapatero e o anterior de Galicia, o bipartito, a Deputación o único que fai é traballar para intentar paliar esa situación, e o demais demagoxia, Sr. González, demagoxia. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Jesús Vázquez Almuíña. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Ben, Sr. Almuíña, home, case acaba de arreglar vostedes a crise mundial, porque se a culpa da crise mundial é do goberno de Zapatero e do goberno anterior de Galicia, como di vostede, pois xa está, no resto dos países nadan na abundancia, non teñen ningún problema de crise, porque creo que nin o Sr. Zapatero nin o anterior goberno de Galicia gobernaron no mundo, creo que gobernaron en España e en Galicia, non no mundo. Pero bueno, para o Sr. Almuíña e para o Partido Popular, que acostumbran a mentir, e sigo dicindo, sistemáticamente, pois non é difícil encontrarse con estes plantexamentos, e claro, cando un minte, como fixo o Sr. Almuíña, e como insistiu na mentira, cando un minte, resulta que se buscan tonterías na parte final da intervención. Sr. Almuíña, polo menos tivera vostede a habilidade de ler unha parte do anuncio, pero foi tan … torpe, gracias por haberme apuntado, tan torpe foi que leu ata a data do anuncio, e claro, nos leu un anuncio de setembro do 2008 e eu lle estou falando do 2009, lle estou falando dun plan anticrise da Deputación, e lle estou falando de algo exactamente igual, exactamente igual do concello de Redondela, exactamente igual, data 2009, Sr. Almuíña, non se pode mentir e despois seguir abundando na mentira, iso só o fai, Sr. Almuíña, quen non ten nin capacidade, nin categoría para outras cousas. E de todos os xeitos, de todos os xeitos, xa que me saca o tema do gran traballo da Deputación, xa que me saca o tema vamos a falar do tema, mire, está rematando o mes de maio, rematando, e o plan anticrise da Deputación desaparecido, rematando o mes de maio, por certo, os concellos, os concellos están esperando a ver se teñen que poñer nos seus orzamentos municipais cartos para aportar no plan anticrise que a Deputación leva seis meses anunciando, pero que non aparece por ningún lado. Iso si, se permiten vostedes o criticar os demais plans dos demais, é curioso, é dicir, quen non fai nada permítese criticar ós demais, quen anuncia plan sobre, sobre plan, e nada máis, permítese, volvo a repetir, criticar os plans dos demais. Home, eu de verdade, dende logo non mirei ningún concello desta provincia, ningún, onde se fixeran barbaridades como se fan nesta Deputación. Quero recordarlle Sr. Almuíña, quero recordarlle que para estas contratacións, para algunhas delas, estaban firmados os contratos sen ter consignación presupostaria, cousa que denunciamos aquí xa no seu día. Firmados os contratos, firmados antes do mes de maio, e dicían vostedes que é que entraban en vigor a partir do 1 de maio. Bueno, tamaña barbaridade só se fai nun sitio como este, e claro, a tamaña barbaridade só ten que ir alguén, alguén como vostede a defendela, alguén que non se pon colorado, é dicir, minte, se lle demostra que minte, non só non se pon colorado, senón que acusa ós demais, e resulta que ó final é tan torpe que está sacando, está sacando anuncios do ano 2008, por Dios, anuncios do ano 2008. Sr. Presidente.- Sr. González un respecto, Sr. González, un respecto. Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán, eu téñolle todo o respecto do mundo, pero estou demostrando, estou demostrando que vostedes minten, e demostrándoo con documentos, con documentos, Sr. Louzán. Sr. Presidente.- ¡Sr. González!. Sr. González Iglesias.- Que minten, cousa habitual en vostedes. Sr. Presidente.- Compórtese Sr. González. Sr. González Iglesias.- Estou comportándome, pero, home, dígame, dígame, se lle demostro que a súa intervención, porque o que está dicindo na súa intervención non é certo e llo demostro con documentos e segue insistindo, dirame se iso non é mentir. Nada máis por agora. De todos os xeitos, Sr. Almuíña, eu traballo tanto, tanto, tanto nesta Deputación que a aprobación definitiva do orzamento vai neste Pleno, ¿entende?, nos demais é normal porque non traballamos tanto como vostedes, nin temos capacidade de adiviñar o que temos que poñer nos nosos orzamentos para cumprir o da Deputación, nos demais é normal, pero vostedes que son tan traballadores non é normal que fagan isto. Nada máis por agora. Sr. Presidente.- Sr. González, me pide a palabra, antes de, D. Jesús, a Sra. Canal, Dona Francisca Canal Gómez. Sra. Canal Gómez.- Bueno, yo decirle a usted, D. Emilio González, que desde luego tiene que agradecer a este foro que le permitan hablar y que usted hable de cuestiones que están bien al margen del tema que nos ocupa, cuestión esta que no sucede en el ayuntamiento que usted gobierna. Por lo tanto, a ver si aprende un poco de la democracia existente en este foro, para trasladarlo a otro ámbito de actuación. Evidentemente, ustedes no pueden cobrar tasas ni ningún tipo de cuestiones en la selección de personal a que se refiere, porque ustedes a última hora llaman a la gente para que se presente a esa selección o van a la radio para comunicar que pueden presentarse, por lo tanto, evidentemente si lo hacen de esta forma existiría un Registro de Entrada para aquellas personas que van a presentarse. Es por ello, por lo que ustedes no lo hacen en el ayuntamiento de Redondela. Y decir que no venga aquí a la Diputación Provincial a dar ejemplo cuando en este momento no han iniciado ustedes todavía las obras prácticamente, las obras del plan anticrisis, que quedan seis meses para finalizar la ejecución de esas obras que vamos a revisar muchísimo. Evidentemente usted también lo que no sabe es que en la página web lo tienen colgado, esto es a lo que se refiere mi compañero, y bueno, también es cierto que a lo mejor creía que no estaba porque la página web la utilizan ustedes y la actualizan cuando a ustedes les interesa y les conviene, única y exclusivamente. Muchísimas gracias y a ver si aprende un poquito de este foro. Sr. Presidente.- Muchas gracias Sra. Canal. D. Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- A verdade é que preferiría xa case non intervir Presidente, pero simplemente que este torpe e mentiroso Deputado considera aínda unha persoa digna ó Sr. González, e simplemente creo que algún día se arrepentirá porque non vale calquera cousa para defender esta moción. Polo tanto simplemente moitas gracias Presidente, pido colaboración para un tema tan sensible de traballo e non titulares de prensa. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Vázquez Almuíña polas súas palabras. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, a Sra. Canal, é dicir, eu que quere que lle diga, é a miña compañeira de corporación en Redondela e a coñezo perfectamente, tan ben a coñezo, tan ben a coñezo que se esta intervención a fixera en Redondela nin lle contestaría, aquí teño que contestarlle loxicamente. Mire, Sra. Canal, vostede é que non se entera moito do concello, non se entera moito, mire, podo dicirlle, podo dicirlle que para esta selección presentáronse 300 persoas, podo dicirlle que foi á parte de comunicarllo ás oficinas de emprego de Redondela, que foi cun anuncio na prensa e que foi cun anuncio loxicamente en radio tamén, é dicir, volvo a repetir, era para 15 contratacións e presentáronse 300 persoas. De todos os xeitos, de todos os xeitos, home, Sr. Almuíña, pensei que vostede, pensei que vostede non ía a dicir na súa intervención cousas que dixo, é dicir, dixo vostede na súa intervención, e supoño que o Sr. Presidente está totalmente de acordo co que dixo, dixo vostede na súa intervención que este era un plan para parados, fundamentalmente, non, Sr. Presidente, para parados, e claro, resulta, resulta que, a ver, analizando cinco casos, cinco contratacións destas que fixeron con este tipo de selección, a un concello desta provincia na que hai cinco seleccionados, dúas persoas non estaban no paro, dúas de cinco. Concello de Nigrán, Sr. Almuíña, a ver que raios de plan anticrise é este, porque se supón que é para parados, e resulta que, concello de Nigrán, de cinco seleccionados, dous non estaban no paro. Non sei se o mérito é ser afiliado do Partido Popular, non sei, pero bueno, vamos a seguir vendo os demais concellos da provincia, e ó mellor vamos a pedir algunha certificación a ver de cantas persoas destas seleccionadas estaban no paro ou non, vamos a ver se era de verdade un plan anticrise ou era un pago de favores. Porque claro, cando un fai esta selección sen ter consignación presupostaria empeza a ser sospeitoso, sospeitoso, e acabo de facer aquí unha afirmación, concello de Nigrán, cinco seleccionados, dúas persoas non estaban no paro. Seguiremos no tema e ó final a ver quen ten razón neste tema, por este non lle acuso de mentir, para nada, por este non, cando llo demostre ó mellor si, pero por agora non, por agora simplemente poño de manifesto iso, de cinco seleccionados no concello de Nigrán dous non estaban no paro. Se facemos a proporción, se facemos a proporción, resulta que pois case a metade do plan anticrise da Deputación non serviu para contratar parados, curioso, curioso, curioso, en alguén como vostedes que se jactan de facer as cousas tan ben. Nada máis. Seguimos mantendo, seguimos mantendo Sr. Louzán, a proposta de que retiren e de que lle devolvan os tres euros a cada persoa que se presentou á selección, home, podemos facer unha salvidade, aqueles que non estaban no paro, porque acabo de mirar que agora efectivamente había algunha xente que non estaba no paro, a eses non, a eses síganllos cobrando, pero ós que estaban no paro loxicamente devólvanllos, non estaríamos falando de 15.000 euros senón dalgúns menos. Xa non daría para o do viño, pero bueno, non hai problema ningún. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- A ver, Dona Francisca Canal. Sra. Canal Gómez.- Bueno, pues simplemente y por alusiones, evidentemente, contesto porque mi compañero lo estaba debatiendo. Sigo insistiendo además que el tiene que agradecer a este foro que le permite hablar de todo, y por alusiones le digo y le contesto que evidentemente el Partido Popular en los plenos no se entera de nada, porque no nos convocan plenos ni comisiones informativas, o los plenos que nos convocan es sin ninguna materia de importancia, evidentemente, y comisiones informativas no convocan, pero mire, esta concejala que le habla, que verdaderamente no nos conocemos tanto como usted ha dicho, tiene en su mano pues un papel donde tenía una resolución de la alcaldía, donde se contrata un técnico de normalización lingüística, bien, y en este la concejala correspondiente, que es colega suya, que son compañeros de corporación, no estaba, porque es política, pero si que han nombrado al marido de la concejala del BNG que pactan con ellos. Por lo tanto, si que nos enteramos más de lo que ustedes imaginan. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Canal. D. Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Sr. González, non me provoque, non me nombre máis, non me nombre máis, porque senón vamos a empezar a sacar aquí as contratacións. Primeiro, que é importante o que dixo, os parados son do Partido Popular, porque os do Partido Socialista deben estar colocados todos xa. Claro, di vostede, non é que, son os afiliados do Partido Popular, bueno, non vin eu o requisito ese nas bases, igual queriades vós integrala, afiliado ó Partido Socialista, tres puntos. Mire, creo que é mellor que cale porque cada vez que fala e me nomea, de verdade, vou a chamarlle cabaleiro, é vostede un cabaleiro, é dicir, para que non diga que lle insultei, é vostede un cabaleiro, unha grande persoa. Pero mire, non empecemos a falar de contratacións, por favor, non empecemos a falar de contratacións, este, este plan o que busca, como dicía antes, era paliar o desastre da política do Partido Socialista, en España e en Galicia. Claro, o que se presenta a este plan é unha persoa, é unha persoa que ten un contrato, se está traballando, inferior ó que se presenta na Deputación, que son seis meses. Polo tanto, unha persoa que ten un contrato dun mes, pois, evidentemente é lóxico que se presente, se hai posibilidade de traballar seis meses, e incluso máis. ¿Se acordan aqueles que contrataron vostedes para limpar cunetas?, ¿se acordan?, a través de TRACSA, famosa empresa pública, onde traballan altos cargos dirixentes desta empresa pública do Partido Socialista. Pois pregunte como foi a selección, e mire, dígollo porque moitos deses tamén se presentaron a este traballo, acabaron contrato agora, e creo que a selección tamén foi excepcional, excepcional. Polo tanto, creo que, non lle chamo mentiroso, non lle chamo torpe, nin moito menos, pero Sr. González, non se poña colorado máis veces, non se poña colorado, xa sei que vostede dixo fai tempo o de poñerse colorado, pero creo que é mellor falar doutra cousa. O que dicía dende o principio, o Grupo Popular, o equipo de goberno, está aberto a todas as iniciativas que poidan mellorar a situación económica dos nosos conveciños, pero por favor, non utilice iso para facer titulares de prensa, nin para votar un tempo falando no Pleno da Deputación, intente dar solucións, de verdade, e non me nombre máis, ¿entende?, porque creo que a moción inicial que traía agora xa está modificando sobre a marcha, agora non, só ós que non traballan, ós outros, creo que non é serio, ¡eh! Sr. González, procure facer, traballar un pouquiño máis por todos os pontevedreses e creo que a cidadanía ó final é a que o agradece. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Almuíña pola súa elegancia. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, o tema é que un, a ver, Sr. Presidente, eu non teño inconveniente en someterme ó regulamento, o regulamento está para observalo e de verdade é que eu o fago, é dicir, e o regulamento tamén di que eu remato os turnos de intervención, que para iso presentei unha moción. Sr. Presidente.- Sr. González, vostede remata, dirao en todo caso, en todo caso dirao a Presidencia que é quen preside o Pleno, vostede non preside o Pleno de momento. Sr. González Iglesias.- Si, si Sr. Louzán, pero de momento a moción presenteina eu. Sr. Presidente.- Bueno, pois vostede remate de falar e despois ... Sr. González Iglesias.- E o ponente é o que pecha o debate, Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Despois lle aclararei eu iso. Sr. González Iglesias.- O que pasa é que vostede disto tampouco sabe moito. A verdade é esa. Vostede dedícase a coñecer outra cousa. Sr. Presidente.- Exacto, estamos en fase de rodaje. Sr. González Iglesias.- E mire, home, eu de verdade, a min estes debates divírtenme, claro, de verdade que me divirte, entre outras cousas, entre outras cousas porque a ver, utilizan, utilizan comigo un portavoz, a portavoz do momento e detrás algún que levanta as mans, e agora tamén intervén o Presidente. Sr. Presidente.- Non, pero vostedes lle … Sr. González Iglesias.- Adiante, ningún problema. Mire, vamos ó fondo da cuestión, vamos ó fondo da cuestión. Sr. Almuíña ¿a ver como era isto?, é dicir, non, non, eu non dixen que os parados son os do PP, eu dixen que ós que lle deron emprego aquí son os do PP, é diferente, é dicir, dous empregados, militantes de, pero, a ver, a min iso non me parece mal, se están parados non me parece mal que lles dean emprego. Home, a min o que si me parecería mal é que se chamara a algunha oficina de emprego e se lle dixera, oiga, mándeme vostede a fulano e fulano, por certo, iso fíxose noutro momento, dende esta casa, si, si, a fulano y fulano, é curioso, é curioso, tamén estiveron contratados nun concello desta provincia e tamén son militantes do Partido Popular, fulano y fulano, tremendamente curioso. Pero, volvo a repetir, é dicir, mire, se eu me alegro, me alegro profundamente que se contrate a parados, ó que non me alegro, e a ver se llo deixo claro dunha vez, é que nun plan deste tipo, nun plan deste tipo se contrate a persoas que están traballando, porque loxicamente debe ser prioritario aquel que está no paro, e dentro dos que están no paro prioritario aquel que non cobra percepcións, e iso é na miña modesta forma de ver as cousas como se fai un plan anticrise, iso é como se fai, agora, se resulta que está traballando e ten os mesmos dereitos que o que está no paro, bueno, non coincidimos, e por riba de estar no paro non ter ningunha prestación, pois tampouco coincidimos, para min é prioritario o que está no paro sen prestacións e despois o que está no paro con algunha prestación, e despois o que ten eses empregos que lle queda un mes segundo vostede ou o que sexa. Prioridades, por Dios, prioridades, estamos falando dun plan contra a crise, non estamos falando doutra cousa. E, para rematar, por certo para rematar, a ver, que eu sepa no concello de Redondela hai plenos todos os meses, Sra. Canal, todos os meses. O luns pasado houbo dúas comisións informativas, anúnciolle que o día 8 vai haber outro pleno, xa llo digo aquí porque así xa queda convocada e xa se entera, á parte que llo mandan, sabe que llo fan, pero, é dicir, se vostedes me queren sacar cousas de que non hai plenos nin comisións, tamén, na semana que vén vai haber dúas ou tres comisións informativas, dicirlle, ¿qué máis quere que lle diga?, a ver, que o luns lle demos os números do orzamento para que teñan oito días para miralo, xusto como fan aquí, pois tamén llo digo, mire, o luns, o luns, para que teñan oito días, non medio día como fan aquí. Fácil, ¡eh!, fácil de todo, ata inventando cousas. Sr. Presidente, eu volvo ó mesmo, é dicir, mire, a proposta é moi concretiña, moi concretiña, os tres euros eses que se lle cobraron a aquelas persoas que estean paradas que se lle devolvan, tan concreto como iso, fíxeno vía rogo no Pleno anterior, eu pensei que vostede ía a asumilo, porque da súa intervención se desprendía iso, solicítollo agora, pídollo, e o Grupo Socialista pídello, se están de acordo vóteno, e ademais, mire, dalgún xeito, eu sei que no fondo están convencidos, que queren facelo, tanto é así que na comisión informativa abstivéronse, abstivéronse na comisión informativa e eu pensei, pensei que aquí ían a aprobalo, home, sabía que ían a dicir algunha tontería como a de Redondela, por iso lle traía preparada a certificación, pero bueno, pensei que ían poñer o sentido común e que o ían a facer. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Por suposto que era a nosa intención e así o fixemos e rebaixamos de 6 a 3 euros. Polo tanto, somos conscientes da situación e como ben dicía o Portavoz do Partido Popular estamos traballando para na medida das posibilidades pois axudar ás familias que de verdade o necesitan. Por iso vamos a proceder á votación do punto número 6. Sr. González Iglesias.- É que, esquecíame antes, esquecinme antes de dicilo. A ver, dando por boa a intervención do Sr. Almuíña, que o paro e a crise, é a culpa de Zapatero e do anterior Presidente de Galicia, agora que cambiou o Presidente da Xunta de Galicia, é outro, supoño que agora xa se arregla todo, o paro e toda a crise en Galicia, en España parece ser que non, pero bueno, en Galicia creo que si. Nada máis. Sr. Presidente.- Estea tranquilo que estamos niso e senón o conseguimos de todo, pois despois virá Zapatero para presumir que estamos na Champion league e despois volvemos a estar onde estábamos, onde nos deixou Felipe González. Pero non hai problema, estamos traballando para iso. Procedemos á votación do punto número 6. ¿Votos en contra da moción do Grupo Socialista sobre a devolución de taxas ós aspirantes das prazas para o Plan de emprego provincial?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial Socialista sobre devolución de taxas ós aspirantes das prazas para o Plan de Emprego Provincial. 7.5825.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O EXERCICIO 2009 Sr. Presidente.- Punto número 7 da orde do día. Resolución de alegacións e aprobación definitiva do Orzamento da Deputación Provincial e dos seus organismos autónomos para o exercicio 2009. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Ben, este punto é absolutamente de trámite porque veu xa á aprobación inicial e hai unhas alegacións que en principio non modifican o orzamento, polo tanto, mantemos o sentido do voto. Agora estou así, estamos así sorprendidos, vamos a ver, é habitual, é habitual que segundo os ritmos e o tipo de elección en precampaña e en campaña se monten aquí unhas bullas falando do divino e do humano, e ademais que o regulamento non valga para nada, nas intervencións se fale de todo o habido ou por haber. Ben, evidentemente estamos na campaña das europeas e se está reproducindo o que se reproduce sempre, xa había que poñer Pleno, nos Plenos había que poñer na convocatoria, porque á parte aí o Presidente ten moito que ver, como modera, debía poñer Pleno preelectoral, Pleno electoral, Pleno de campaña ou Pleno ordinario, ¿verdade?, debía de poñelo para que viñéramos xa preparados e saber exactamente o que temos que facer. Agora de todas maneiras eu a conclusión, ou sexa, ese feito está constatado, pero a conclusión que saco é que aquí, en fin, polo menos o que se está producindo é que son, a maioría desta corporación é profundamente antieuropeista, porque monta a bulla porque son a campaña das europeas pero non fala nada das europeas, fala de Zapatero, de Felipe González, de non sei que, da Xunta, de non sei que, non fala nada, caramba, debíano mandar mirar, debían mandar mirar isto porque a bulla se se monta porque é, digamos unhas eleccións de alto porte, por certo en consonancia como está indo a campaña, que se fala de todo menos do que se vai mirar a Europa. Entón ata podíamos afinar máis, entón é Pleno de campaña, ou sexa, bulla asegurada, ¿motivos?, pois como son as municipais vai haber bronca cos concellos, co que fai cada un, vale, entón xa vimos preparados para iso; son as autonómicas, non, vaise falar das municipais, dos concellos, vaise falar das autonómicas sobre todo a proposta de non sei que; europeas, non, europeas non, vaise falar do Estado, dos concellos e máis da Xunta, e así xa viñamos preparados. Francamente, alá cada quen, segan con estas bullas, xa estamos afeitiños dende que está vostede de Presidente, Sr. Louzán, pero bueno, advírtano e demais, e se son europeas falen un pouquiño de Europa, caramba, que realmente algo aí se decide, fáleno porque aí é onde hai que, onde, en fin, é a campaña na que estamos, quero dicir, deberían falar, non falen, non nos veñan agora cun tratado doutra hora falando de cousas que non teñen nada que ver, porque son capaces ata diso, coller agora e empezar a falar de se Durao Barroso, de se o outro, o que estivo de Presidente do Parlamento ou calquera cousa desas e nos deixan aquí absolutamente patidifusos. Con respecto ó punto da orde do día vamos a votar en contra como votamos xa na aprobación inicial. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si. Ben, Sr. Presidente, o Grupo Socialista non vai reproducir o debate de discusión de aprobación inicial do orzamento. Votamos en contra e seguimos mantendo o mesmo sentido do voto. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Polo tanto procedemos neste caso á aprobación definitiva, á resolución das alegacións e á aprobación definitiva do Orzamento da Deputación Provincial e dos seus organismos autónomos para o exercicio 2009. Bueno, polo tanto procedemos xa á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de abril de 2009, acordou a aprobación inicial do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009, que inclúe o orzamento da Deputación e os dos seus organismos autónomos. Ditos orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 112 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, quedaron expostos ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días, no Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra. Resultando que no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 82 de data 4 de maio de 2009, inseriuse edicto relativo á exposición pública dos citados orzamentos, e que o prazo para efectuar reclamacións rematou o día 21 de maio de 2009. Resultando que mediante escrito presentado no Rexistro Xeral desta Deputación Provincial o 21 de maio de 2009 con número de entrada 20.326, a Sección Sindical do Sindicato Comisións Obreiras na Deputación de Pontevedra formula, en tempo e forma, alegacións ó Orzamento Provincial do ano 2009, e a tal efecto, solicita: a) O cambio de denominación dunha serie de prazas de nova creación por limitar ou excluír o acceso ou promoción ás devanditas prazas en condicións de igualdade e en beneficio de candidatos á medida. b) A amortización do posto de persoal eventual de Coordinador de Réxime Interno e Asesoramento en lugar da praza de Técnico de Administración Xeral, con posto de traballo de Coordinador de Réxime Interno e Asesoramento Municipal adscrita ó CPAM. c) O cambio de denominación do posto de traballo de Analista de Sistemas do Grupo A1 adscrito ó Servizo de Novas Tecnoloxías por corresponder a unha titulación de nivel inferior, de diplomado universitario. d) A asignación do factor dedicación ó posto de traballo de Xefe de Servizo de Acción Social e Muller pola responsabilidade, carga de traballo, dispoñibilidade e demais actividades que se veñen organizando ó longo do ano, que requiren unha dedicación superior á ordinaria para o desempeño do posto. e) A adscrición da praza de Técnico en Desenvolvemento Local ó Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios e a creación dunha praza de Técnico de Administración Xeral na Sede de Vigo con posto de traballo de Xefe de Servizo por considerar reservadas as funcións deste posto á escala de Administración Xeral. f) A reserva do 50% da cantidade consignada en concepto de produtividade para que se distribúa a través da Comisión Paritaria Mixta con arranxo a criterios obxectivos. g) O incremento do nivel de complemento de destino do persoal educativo da Cidade Infantil Príncipe Felipe do 23 ó 24. h) A reclasificación dos postos de traballo de Axudante Xardineiro da Cidade Infantil, Axudante Agrícola de Soutomaior e Axudante Vixiante de Vías e Obras. i) A revisión do factor perigosidade e penosidade do posto de traballo de Arqueólogo do Servizo de Vías e Obras. j) A modificación do número de encargados obxecto de reclasificación, que ascende a 29 e non 25 como consta na documentación do orzamento. k) A creación dunha bolsa de contratación para persoal laboral temporal e interino. l) A revisión do sistema de gardas para retribuír as emerxencias por este módulo. ll) O establecemento dun módulo de gardas para o Fontaneiro e Electricista da Cidade Infantil a fin de poder atender as emerxencias que se poidan producir. Resultando que así mesmo, mediante escrito presentado no rexistro da sede da Deputación en Vigo o 21 de maio de 2009, con número de entrada 3.884, a funcionaria Dona Alicia Sarmiento Peña, Informático de Sistemas adscrita ó Servizo de Novas Tecnoloxías formulou, en tempo e forma, reclamación ó orzamento provincial do ano 2009, solicitando o cambio de denominación do posto de traballo que desempeña de Analista de Sistemas do grupo A1, por corresponder a un nivel de titulación inferior ó esixido para o desempeño do posto. Resultando que na documentación que forma parte do expediente do orzamento do ano 2009 detectouse un erro na relación de postos de traballo de persoal eventual e que é conveniente proceder á súa rectificación de forma que se substitúa o posto de traballo de Coordinador de Proxectos Europeos polo de Coordinador das Brigadas de Vías e Obras ó estar previsto levar a cabo unha reestruturación e reorganización deste Servizo. Considerando que as reclamacións formuladas pola Sección Sindical do Sindicato Comisións Obreiras na Deputación de Pontevedra e pola funcionaria Dona Alicia Sarmiento Peña, non se fundamentan en ningunha das causas contempladas no artigo 170.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 22.2 do Real decreto 500/90, do 20 de abril, polo que se desenvolve o capítulo primeiro do título VI da Lei 39/88. Considerando o previsto no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, polo que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Vistos os informes sobre ditas reclamacións emitidos pola Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación e polo Sr. Interventor, ambos de data 22 de maio de 2009. O Pleno en virtude das atribucións que lle confire a artigo 33.2 c) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo conxuntamente coa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, o seguinte: -Desestimar a reclamación efectuada pola Sección Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) da Deputación de Pontevedra, contra o acordo de aprobación inicial do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2009, que tivo entrada no Rexistro Xeral o día 21 de maio de 2009 co número 20.326 de entrada, por non concorrer ningún dos motivos de impugnación que contemplan os artigos 170.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e 22.2 do Real Decreto 500/90, do 20 de abril polo que se desenvolve o capítulo primeiro do título VI da Lei 39/88. -Desestimar a reclamación efectuada pola funcionaria Dona Alicia Sarmiento Peña, contra o acordo de aprobación inicial do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2009, que tivo entrada no rexistro da sede da Deputación en Vigo o 21 de maio de 2009, con número de entrada 3.884, ó considerar que o troco de denominación do posto de traballo que desempeña no Servizo de Novas Tecnoloxías responde a unha nova reestruturación e organización do Servizo, e por declararse dita actuación conforme a dereito por sentenza nº 166/2008 do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Vigo ditada en autos do procedemento abreviado 130/08. -Efectuar unha modificación na relación de postos de traballo de persoal eventual da Deputación Provincial de Pontevedra aprobada inicialmente para substituír o posto de traballo de coordinador de proxectos europeos polo de coordinador das brigadas de Vías e Obras. - Aprobar un plan de emprego ó abeiro do establecido no artigo 69 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, coa finalidade de axeitar o cadro de persoal ás necesidades reais da organización por cambio de denominación de postos e ampliación de funcións, dende a perspectiva dos perfís profesionais ou niveis de cualificación dos mesmos e das previsións sobre os sistemas de organización do traballo e modificación das estruturas dos postos de persoal que a continuación se relaciona, a través do sistema de concurso-oposición promoción interna, no que unicamente poderán participar funcionarios de carreira adscritos ó centro ó que pertenzan os postos afectados por este proceso: .- Tres prazas de oficiais de servizos xerais, do grupo C2 .- Vinte e cinco prazas de encargados do grupo C1 .- Dez prazas de oficiais servizos xerais e subalternos, do grupo C2 .- Catro prazas de oficial de control e vixilancia, do grupo C2 .- Unha praza de técnico auxiliar de imprenta, do grupo C1 Neste sentido de conformidade co disposto no artigo 34.1.g) da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, modificada pola Lei 11/99, de 21 de abril, por Resolución Presidencial, aprobarase a convocatoria e bases que teñen que rexer a provisión das referidas prazas obxecto de reclasificación. No orzamento dótanse economicamente as prazas obxecto de reclasificación coas retribucións básicas e complementarias que correspondan ó posto de traballo ó que se adscriba a praza. No cadro de persoal e relación de postos de traballo configúranse ditas prazas e postos de traballo co carácter de “a extinguir”, sen duplicar a consignación orzamentaria. Para tal efecto os funcionarios titulares das prazas a reclasificar percibirán as retribucións correspondentes ó seu grupo de clasificación, nivel de complemento de destino e específico que veñen percibindo en tanto non se resolvan os procesos selectivos convocados. -Aprobar definitivamente o Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2009, que comprende: -O Orzamento da Deputación, por importe de..... 173.250.000,00 Euros -O Orzamento dos Organismos Autónomos polos importes que se sinalan: -Escola de Canteiros........................................... 833.612,00 € -Museo Provincial................................................ 4.146.752,00 € -IPESPO ............................................................. 1.400.000,00 € -Turismo “Rías Baixas”......................................... 3.291.259,00 € -Caixa de Anticipos de Cooperación................... 2.132.000,00 € -ORAL. ……………………………………………...... 7.520.000,00 € -O orzamento da Fundación Escola Universitaria de Enfermería por importe de 441.400,00 euros. - O Orzamento Xeral consolidado, por importe de: -En Ingresos .......................................................... 181.336.767,00 Euros -En Gastos ............................................................. 181.336.767,00 Euros -Apróbanse as Bases de Execución do Orzamento Xeral da Deputación, as específicas dos Organismos Autónomos e as da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o organigrama da Deputación, o dos seus Organismos Autónomos e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbanse os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral da Deputación, o dos seus Organismos Autónomos, e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o Anexo de investimentos para o exercicio 2009. -Apróbase o plan extraordinario de investimentos para as próximas tres anualidades. -Apróbase concertar unha operación de crédito/préstamo por importe de 24.110.000,00 euros, para a Deputación, coas características que se sinalan nas bases de execución. -Apróbanse os resumes por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos dos orzamentos indicados, que son os seguintes: ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL....................................................... 35.906.577,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS............. 16.626.073,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS.................................................... 2.137.497,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES.................................... 18.568.856,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS ................................................. 76.908.398,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL.................................... 14.050.171,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ................................................. 240.400,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS .................................................. 8.812.028,00 € TOTAL 173.250.000,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 1º.- IMPOSTOS DIRECTOS....................................................... 12.476.917,00 € Capítulo 2º.- IMPOSTOS INDIRECTOS.................................................. 10.461.119,00 € Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS......................................... 2.695.906,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES.................................... 106.221.418,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS ............................................. 2.218.370,00 € Capítulo 6º.- ALIENACIÓN DE INVESTIMENTOS REAIS ................ 2.100,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL..................................... 14.824.120,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS .................................................. 240.050,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS ................................................... 24.110.000,00 € TOTAL 173.250.000,00 € ORZAMENTOS DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS: FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 392.000,00 € Capítulo 2º.-........................................................................... 44.300,00 € Capítulo 3º.-........................................................................... 100,00 € Capítulo 6º.- .......................................................................... 5.000,00 € TOTAL......................... 441.400,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 82.000,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 352.000,00 € Capítulo 5º.-........................................................................... 2.400,00 € Capítulo 7º.-........................................................................... 5.000,00 € TOTAL......................... 441.400,00 € INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO) Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 88.288,00 € Capítulo 2º.-........................................................................... 105.750,00 € Capítulo 3º.-........................................................................... 132.577,00 € Capítulo 6º.-........................................................................... 625.885,00 € Capítulo 9º.-........................................................................... 447.500,00 € TOTAL......................... 1.400.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 1.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 423.115,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 350.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 625.885,00 € TOTAL......................... 1.400.000,00€ ESCOLA DE CANTEIROS Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 353.764,00 € Capítulo 2º.-........................................................................... 318.677,00 € Capítulo 3º.-........................................................................... 91,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 109.080,00 € Capítulo 6º.-........................................................................... 46.000,00 € Capítulo 8º.-........................................................................... 6.000,00 € TOTAL......................... 833.612,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 76.100,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 703.012,00 € Capítulo 5º.-........................................................................... 2.500,00 € Capítulo 7º.-........................................................................... 46.000,00 € Capítulo 8º.-........................................................................... 6.000,00 € TOTAL......................... 833.612,00 € MUSEO PROVINCIAL Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 2.196.512,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 1.269.039,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 200,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 102.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 559.001,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 20.000,00 € TOTAL......................... 4.146.752,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 9.751,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 3.483.000,00 € Capítulo 5º.-........................................................................... 75.000,00 € Capítulo 7º.-........................................................................... 579.001,00 € TOTAL......................... 4.146.752,00 € TURISMO “RÍAS BAIXAS” Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 805.709,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 1.744.950,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 100,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 627.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 75.500,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 30.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 8.000,00 € TOTAL......................... 3.291.259,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 2.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 3.172.759,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 3.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 113.500,00 € TOTAL......................... 3.291.259,00 € CAIXA DE ANTICIPOS Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 35.000,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 20.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 2.077.000,00 € TOTAL......................... 2.132.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 500,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 41.500,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 40.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 600.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 1.450.000,00 € TOTAL......................... 2.132.000,00 € ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 4.888.100,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 1.995.900,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 42.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 26.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 507.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 61.000,00 € TOTAL......................... 7.520.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 5.540.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 1.150.000,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 275.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 525.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 30.000,00 € TOTAL......................... 7.520.000,00 € O ORZAMENTO CONSOLIDADO Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................ 44.665.950,00 € Capítulo 2º.-........................................................................ 22.124.689,00 € Capítulo 3º.-........................................................................ 2.312.565,00 € Capítulo 4º.-........................................................................ 10.249.065,00 € Capítulo 6º.-........................................................................ 78.726.784,00 € Capítulo 7º.-........................................................................ 11.585.786,00 € Capítulo 8º.-........................................................................ 2.412.400,00 € Capítulo 9º.-........................................................................ 9.259.528,00 € TOTAL......................... 181.336.767,00 € Estado de Ingresos Capítulo 1º.-......................................................................... 12.476.917,00 € Capítulo 2º .-........................................................................ 10.461.119,00 € Capítulo 3º.-......................................................................... 8.407.257,00 € Capítulo 4º.-......................................................................... 106.362.933,00 € Capítulo 5º.-......................................................................... 2.966.270,00 € Capítulo 6º.-......................................................................... 2.100,00 € Capítulo 7º.-......................................................................... 14.824.121,00 € Capítulo 8º.-......................................................................... 1.726.050,00 € Capítulo 9º.-......................................................................... 24.110.000,00 € TOTAL......................... 181.336.767,00 € 8.5826.- RENUNCIA Ó CARGO DE DEPUTADA PROVINCIAL PRESENTADA POR DONA Mª XOSÉ MÉNDEZ PIÑEIRO, DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO Sr. Presidente.- Bueno, pois entón en todo caso, como é dar conta, lle damos a palabra si quere intervir, supoño que pasamos. Eu quero agradecerlle neste caso á súa colaboración, perdón, que puidemos facer un pouco de espera, dicía que no punto número 8, figura a renuncia ó cargo da Deputada provincial Dona Mª Xosé Méndez Piñeiro, do Bloque Nacionalista Galego, e lle queríamos dar a palabra, si quere intervir. Eu, antes que nada, pois tamén agradecer en nome da Corporación Provincial e do grupo do Goberno, pois, a súa colaboración, e polo tanto desexarlle moita sorte na tarefa que está desempeñando de Concelleira no concello de Vigo, ten en todo caso a palabra Dona María Xosé. Sra. Méndez Piñeiro.- Bueno, pois efectivamente hoxe presento a miña renuncia ó cargo, porque hai unha serie de responsabilidades que me toca asumir nestes momentos, na dirección, na organización política á cal represento e me vai a ser practicamente incompatible se se queren facer as cousas ben, hai que dedicarlle tempo a todo, non se lle pode dedicar tempo a todo, entón, pois bueno, o que quería tamén é agradecer a colaboración de todos os compañeiros, de todos os grupos políticos, evidentemente da Presidencia, así como dos Secretario e Interventor, que sempre que necesitei algo pois se me puxeron todo tipo de facilidades, e bueno, desexarlle á Corporación que siga, pois, non con debates demasiado, vamos que non son demasiado educativos para a cidadanía, pero que si se sigan solucionando as cousas a nivel político, que é o que quere a cidadanía. Eu dende o posto político que ocupo, tanto no concello de Vigo, como na organización política, intentarei seguir traballando por Galiza. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Pois moitas gracias Dona María Xosé, e o que dicíamos, moita sorte. Reiteramos en nome desta Presidencia e do grupo do Partido Popular, eu creo que de toda a Corporación, o noso agradecemento e desexando pois iso, todos os éxitos. Dada conta do escrito presentado con data 22 de maio do 2009 por Dona María Xosé Méndez Piñeiro, Deputada Provincial polo Bloque Nacionalista Galego, elixida en representación do Partido Xudicial de Vigo nas eleccións celebradas no ano 2007, pola que renuncia ó cargo de Deputada Provincial. Resultando que a Xunta Electoral de Zona de Vigo proclamou no seu momento Deputado Provincial suplente primeiro en representación do Bloque Nacionalista Galego a D. Francisco Xabier Alonso Pérez. Considerando o disposto nos artigos 9.4 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73.1 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 208 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, así como a Instrución da Xunta Electoral Central de 10 de xullo de 2003. O Pleno toma coñecemento da renuncia ó cargo de Deputada Provincial presentada por Dona María Xosé Méndez Piñeiro, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central coa indicación de que a xuízo da Corporación Provincial e á vista da acta da Xunta Electoral de Zona de Vigo, corresponde cubrir a vacante a Don Francisco Xabier Alonso Pérez. 9.5827.- COMUNICACIÓNS Sr. Secretario.- Dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 27 de abril y el 23 de mayo. Queda enterado o Pleno da seguinte: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 27 de abril e 23 de maio do ano 2009 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, adoptouse o seguinte acordo: 10.5828.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE HABILITACIÓN DE CRÉDITO PARA FINANCIAR AS ACTIVIDADES DA FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA Sr. Presidente.- ¿Rogos e preguntas? ¡Ah!, bueno, fóra da orde do día temos aquí algo. Bueno, pois antes de nada queremos proceder á aprobación da urxencia dunha moción que presenta o Grupo Provincial do Partido Popular sobre a habilitación de crédito para financiar as actividades da fundación Semana Verde de Galicia, en Silleda, Pontevedra, e para iso, en todo caso, como teñen os grupos unha copia, se queren aprobamos a urxencia e debatémola. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, Sr. Presidente, exactamente creo que todo o mundo viu, que fai minuto e medio que nos deron isto, ben, entonces, non me veñan con tremendamente urxente, porque a min se fora un acordo da Institución, da Institución, unha proposta da Presidencia, ou quen fora, de que, non sei que motivos, que se cae os pavillóns alí, que se fai non sei canto, podía entender, pero é unha moción dun grupo político, que é unha falta de delicadeza total e absoluta, e a presenta agora. Evidentemente si a presentamos nós, nos dirían que dez días antes e tiraríana na papeleira como fixeron sempre, dende logo, ¿como quere que saiba cal é a partida 09.711.711.489.02?, se cadra o Interventor a ten memorizada, logo nós non, e por iso que non a sabemos e non creo que vostede tampouco, e, ¿como quere que saibamos en que consiste isto?, tanta urxencia, ou sexa, ata febreiro, ata marzo, ata abril, non tiña urxencia, agora ten esta urxencia, como para vir agora, agora, ou sexa, hai dous minutos, por favor , creo que é unha falta de respecto. Sr. Presidente.- Agora lle daremos as aclaracións oportunas, por iso eu lle dicía, se quere que votemos a urxencia ou non, vamos a votala, por suposto, pero ten os seus argumentos para tal. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Si, bos días a todas e a todos. Vamos a ver, isto vén desta forma, e vén por vía de urxencia, porque realmente, é urxente, porque senón, pois, pediríamos para ó próximo pleno que non ten ningún problema. Nesta Corporación, recórdolle Sr. Mosquera, que temos maioría absoluta, polo tanto dá igual que veña neste Pleno que no seguinte, pero, ¿por que neste, e precisamente hoxe?, dígolle por que, porque o Conselleiro de Presidencia, que é o Presidente da Semana Verde, dende que a Xunta bipartita cambiou, o goberno bipartito cambiou os Estatutos, pois é o Presidente deste Organismo, e a Semana Verde está na Uci, xa o dixen un día nunha moción que había aquí, e hai un plan de viabilidade que agora si foi aprobado, e a Xunta de Galicia como entende co recinto está na provincia de Pontevedra, entende que debe colaborar, e ¿cal é o problema?, que na semana que vén, porque esta moción trata de autorizar ó Presidente a que, a habilitar esta partida, para ter crédito, para que o Presidente poida, loxicamente, firmar o convenio correspondente Xunta de Galicia-Deputación e máis algún outro Organismo que participe aí para sacar para adiante a Semana Verde. Ten, como saben, un evento importante, o máis importante do ano, que é a Semana Verde que se fai no mes que vén, polo tanto, estamos ás portas da Semana Verde, aí hai unha situación financeira moi delicada, moi delicada, e agora hai un plan de viabilidade, e hai unha Xerente nomeada polo goberno bipartito, á que nós respectamos e que creemos nas súas xestións, entón, ¿cal é o problema?, que fai falta cartos, fai falta cartos, e a Xunta de Galicia di que ela non é capaz de xuntar o mínimo que fai falta para sacar da Uci á Semana Verde, entón, é cando se fala diso, e iso falouse, aínda que vostedes non o crean, hoxe á mañá, esta moción foi feita, pois, media hora antes do Pleno, redactada desta maneira, e redactámola por esta vía, porque senón non poderíamos levala á Xunta de Goberno, veu por esta vía, porque o Interventor dixo, que para facer, obviamente, como non temos consignación para ese fin, hai que habilitar unha partida presupostaria, e polo tanto, hai que facer unha modificación de crédito, hai que habilitar o crédito, cun acordo plenario, soluciónase dunha forma razoable, para que na semana que vén, o Presidente da Deputación e o Presidente da Semana Verde e o Conselleiro de Presidencia se poidan sentar e rubricar un convenio para poder facer viable o recinto, porque senón, como lles digo está de “corpo insepulto”, ese é o motivo de vir urxente, porque senón, se isto que soubemos hoxe, porque, ata hoxe non soubemos, aínda que non me crean, o sabemos nas Comisións Informativas, a nós que máis nos da traer á Comisión Informativa, o que vaian a dicir agora, dicíano despois, non pasa nada. Sr. Presidente.- Bueno, esa era a explicación, eu creo que máis que convincente da realidade da situación da Semana Verde, creo que estratexicamente xa o di a propia … Sr. Crespo Iglesias.- ¡Ah!, ben, di que é do PP, home non sei, o Presidente que me corrixa, pero non hai inconveniente dunha proposta conxunta, é dicir, aínda que aquí viña como unha moción do PP, fixémolo por esta vía, porque nos pareceu, pero non temos inconveniente ningún, que aquí onde pon Grupo Popular que poña Deputación, e que sexa unha moción conxunta dos tres grupos políticos, ningún problema, ó contrario, é dicir, non hai ningunha intencionalidade de vendernos a moto, nin moito menos. É dicir, se vostedes queren, que en vez de ser moción do PP, que sexa algo conxunto, non existe ningún tipo de problema, veu por esta vía, porque Intervención nos di cal é a vía adecuada, que eu entendo que para asinar un convenio de 250 mil euros, pois ó mellor podería chegar a Xunta de Goberno, pero o problema é que non temos crédito,e polo tanto hai que modificar unha partida, non temos partida, perdón, temos crédito, e a partida, Sr. Mosquera, que máis dá que sexa a 09.71 que a 24.16, que máis dá, é unha partida que a puxo o Interventor obviamente, é para xustificar a urxencia, despois entramos se quere no motivo da … Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero, a ver, cuestións de forma evidentemente nunca nos gustou discutilas, porque son un fárrago de moito coidado. Pero vamos a ver, se hai unha xestión desta casa, esta casa somos todos, vostedes son un goberno, oposición, se hai unha xestión nesta casa que ten esa urxencia, isto vén como proposta da Presidencia, non é unha moción dun grupo político, a moción dun grupo político é de oportunidade ou o que sexa, eu é o que quero dicir, xa o dixen antes, xa o dixen antes, quero dicir, é como se nos chegamos agora cunha moción, dicindo, non, que o pleno se pronuncia, o que di que, non, terá que ser unha proposta da Presidencia, non á última hora, ademais nos debían o contrario, comprenderá, á parte, o lóxico que se o saben hoxe a mañá, non sei cando, pois non sei, os portavoces de aquí non pintamos nada, obviamente, á parte creo que, que dunha maneira correcta, tampouco somo ningúns fenómenos, nin sabemos facer nada especial, pero, normalmente coméntase, mira, oe, hai este tema, pois metelo, non, non, de repente, aparece unha moción, de verdade, que en fin, mire, vamos a votar a favor da urxencia, polo que din, vamos a absternos no fondo, porque non sabemos o que significa, é que non o sabemos. Temos a súa versión, a versión do PP, do grupo do PP, se é versión da Presidencia, que dixo unha xestión, xa sería diferente, e aínda así sería só unha versión, pero sen saber o que hai, non sabemos se nos faltan 250 mil euros, arréglase algo, se non arregla, se é para pipas, se é para caramelos, se estamos pagando 4 veces máis do que debíamos, porque a Xunta a de pillar menos, a Xunta a de pillar máis, non sabemos nada, nin creo que teña ningún sentido manifestalo agora, porque isto normalmente, unha decisión administrativa sopórtase en documentación, non nunha vontade. Ben, entón non podemos entrar, nin ten sentido, nin intente convencernos, porque non vamos a ter esa documentación. Sr. Presidente.- Moitas gracias, D. Cesáreo Mosquera. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, dada a explicación do Sr. Crespo un entendía que sería máis lóxico, é dicir, ¿o Sr. Crespo non é o representante da Deputación na Fundación Semana Verde de Silleda?. Pois mire, é bastante máis lóxico que faga vostede a proposta como representante, a que nos apareza aquí unha moción do Partido Popular, fóra de xogo, é dicir, no último momento, e tal, espere, non home, non, pero a ver, é que isto é a forma de actuar que teñen vostedes, isto non é nada novo, é a forma de actuar que teñen, é o confundir as institucións co partido, é normal, totalmente normal, pero claro, despois está dando a explicación, abundan na explicación, e, pero aínda, peor mo pon, é dicir, é que isto é para que o Presidente asine un convenio, pero vamos a ver, por Deus, ¿cantos convenios viñeron aquí firmados polo Presidente?, a ratificar polo Pleno, e por riba, non só nese Pleno que se ratificaba o convenio, senón no seguinte se habilitaba crédito, haber, que isto está pasando cada ano nesta casa, varias veces, claro, ¿cal é o tema de fondo?, o tema de fondo é que vostedes querían vender a súa proposta como Partido Popular, etc., etc. Pois mire, con nós non conten, abstémonos na urxencia, e abstémonos no fondo da cuestión, e se queren facelo ben, pois, fágano. Sr. Presidente.- Sr. González, bueno, eu entendo que lle pode dar alerxia, pois, as siglas do PP ou algo así, pero de todas maneiras, vostede sabe, e é consciente da situación na cal está, precisamente, ou deixaron, máis ben, a Semana Verde, é por iso que agora o que hai que intentar é salvar esta situación. Vamos a proceder primeiro á votación da urxencia da moción que presenta, neste caso, o Partido Popular. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. PSdeG-PSOE. ¿A favor?. PP e BNG. Pasamos a, vamos a debater a moción, que neste caso ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, dende logo, eu entendo que este Pleno, pois, algunhas cousas saíron de ton un pouco, e non entendo, podo entendelo, dentro do xogo político normal, pero que se vostedes se agarran as vestiduras por isto, cando lle digo, que non hai inconveniente en poñela, que vostedes queren que sexa proposta da Presidencia, non hai problema, que queren que sexa proposta conxunta, non hai problema, é que non hai ningún problema, se o quixeramos vender o PP como grupo, daríamos unha rolda de prensa onte, digo eu, para dicir, que hoxe traíamos aquí esta historia, e venderiámolo ben vendido, digo eu, e non houbo esa animosidade, vamos a ver, que máis dá, ademais, que aínda que fora como grupo, ¿nos como grupo non temos dereito a presentar unha proposta?. Home, poden vostedes dicir o que queiran, pero vostedes cando queiran, pensan dar unha proposta como grupo, non nos piden permiso a nós. Eu, simplemente, no único que lles dou a razón, é que cando empezou o pleno, porque, isto redactámolo antes de empezar o Pleno, eu puiden mandar que lle deran unha copia a vostedes, pero asegúrolle, pero vamos a ver, non se crispen por cousas que non teñen razón. O Pleno hoxe puido ser máis dócil, se se quere buscar un cualificativo, pero eu creo que é sacar as cousas de quicio. Miren, aquí hai unha situación preocupante, e é que a Semana Verde, que non vamos a entrar aquí, en por que está na situación que está, pero eu lle podo dar algúns datos, aí houbo unha construción por parte dunha empresa, que a construción non chegou a un porto, porque houbo unhas denuncias mutuas, é dicir, que a Semana Verde denunciou á Fomento, e Fomento denunciou á Semana Verde, aí hai uns impagados, a Semana Verde di, que lle deben a ela, e ela di que lle debe á Semana Verde, iso está nun proceso contencioso, que sabe Deus cando acaba, que leva dez anos, de feito aínda hai remates sen facer, por culpa de todas esas desavenencias que houbo entre a Fundación Semana Verde e máis a empresa de construcións Fomento, e loxicamente, terao que dicir o Xulgado. Bueno, froito de todo ese proceso, cando arrancou a Semana Verde, arrancou a funcionar con certo déficit, logo, despois de funcionar moitos anos, eu creo que, razoablemente ben, ultimamente a verdade é que economicamente estaba bastante afogada, e o goberno bipartito decidiu, eu creo que, intentando facer o mellor posible, aínda que despois non lle saíu o mellor posible, pero intentárono facer, non teño dúbidas ningunhas, cambiou os estatutos, porque claro resulta que a Xunta de Galicia e a Deputación tamén, pero sobre todo a Xunta de Galicia, poñía os cartos, e non decidía sobre eles, o cal era un contrasentido, entón a Xunta de Galicia, con criterio razoable, decidiu cambiar os estatutos e poñer a maioría absoluta por parte da Xunta de Galicia, dos once patronos, sete son da Xunta de Galicia, nomeados das distintas Consellerías, normalmente son Directores Xerais ou Subdirectores etc., etc., aí está o IGAPE normalmente, está a Consellería de Industria, a Consellería de Medio Rural, a Consellería de Economía, a través do IGAPE, e a Consellería de Presidencia. Ben, cambian os estatutos, o problema é que, encárgase un estudo de viabilidade, eu seino, porque a Deputación, bueno, a todo isto dicir que a Deputación quedamos con un único patrón, había dous patronos, e á Deputación deixáronos con un único patrón, pero bueno, pois aceptámolo, non pasou nada, obviamente queremos que esta situación mude, porque se entendemos que o recinto feiral está na provincia de Pontevedra, debe de ter máis representación a Deputación, tamén para iso nos piden que colaboremos. A partires de aí, empezou todo un proceso de cambio do liderazgo de Maril, etc., etc., que xa ven vostedes como foi, e logo o Goberno contratou unha persoa mediante concurso, que é Paloma Hidalgo, para xerente, que creo que ó está facendo francamente ben, encargouse un plan de viabilidade, o plan de viabilidade está encima da mesa, e o plan de viabilidade, obviamente, necesita, de que para sacala esta persoa, dixo na última reunión que tivemos, dixo que a Semana Verde se se quita desta situación facía falta un millón e medio de euros, facía falta un millón e medio de euros, un millón como mínimo, e un millón e medio de euros sería o razoable para poñer iso nunha situación a flote, e logo que se podería autofinanciar, aínda que loxicamente eu teña as miñas dúbidas de que se autofinancie, pero polo menos que non dea o déficit que está dando, porque aí esta a lonxa agropecuaria de Galicia, alí hai un recinto fantástico infrautilizado, que se podería utilizar para moitas cousas, eu creo que esta persoa que vén do IFEMA de Madrid, e como digo contratada polo anterior Goberno, ten unhas ideas frescas, novedosas, e a min dáme a impresión de que vai dar conta do recado, iso marca unha serie de pautas, e loxicamente a Xunta de Galicia, que é quen ten agora a responsabilidade, porque ten a maioría absoluta dos patronos, porque ten un o concello de Silleda, outro a Deputación, dous a Asociación Feiral que preside Maril e sete a Xunta de Galicia. Os patronos da Xunta de Galicia, creo que se nomean no vindeiro Consello, no Consello do xoves, pola información que teño, no Consello do xoves que vén, senón se nomearon neste, en todo caso, ou neste que pasou ou no seguinte noméanse os sete patronos, e agora do que se trata, é da situación financeira que é moi delicada, que obviamente aprobouse unha serie de medidas entre a que está que as institucións poñan encima da mesa unha contía, pois iso, sobre un millón de euros, máis ou menos, máis ben un pouquiño máis. Ben, froito diso, nós traemos isto por esta vía porque Intervención nos di que é a vía máis axeitada, claro que podíamos traer, Sr. Mosquera, o convenio a ratificar, e se en vez de traer isto antes do Convenio, protestaría exactamente igual, dicindo, vostedes fan da súa capa un saio, venden a moto que lle dá a gana, porque obviamente para firmar un convenio, unha vez que o Presidente da Xunta, perdón, o Presidente da Deputación e o Presidente da Semana Verde firmen iso, obviamente haberá a correspondente rolda de prensa para dar explicacións, entón, vostedes dirían aquí neste Pleno, vostedes, o Presidente fai da súa capa un saio, toma a institución por súa, e vende a moto que ten que vender, e logo vén aquí a que o ratifiquemos, para iso non o traian, porque remas porque remas, remo porque non remas, nós traémolo antes de firmar o convenio, para que haxa unha partida, e ese convenio teña un sustento legal, porque senón firmar un convenio sen que haxa unha partida habilitada para ese fin é un convenio nulo de pleno dereito, vostede ó sabe, polo tanto, eu xa sei que a oposición non lle ten que dicir que si a todo ó Goberno, pero eu creo que neste caso non teñen vostedes a razón, con todos os respectos, porque o Presidente en principio, na semana que vén, vaise a sentar co Conselleiro da Presidencia, van a tomar o acordo que sexa pertinente, e a partires de aí firmarase o convenio, eu creo que a Semana Verde á marxe de que o tema feiral en Galicia é un tema controvertido do que habería que falar longo e tendido, o que non cabe dúbida, é que é unha referencia nacional e internacional, e dende logo un escaparate para recursos estratéxicos en Galicia, como é o agropecuario, que agora a verdade é que está bastante de capa caída, hai que darse conta de que un dos sectores tocado pola crise é o sector gandeiro, pero en xeral, o agropecuario, pero o gandeiro especialmente, onde unha das súas referencias dese conta que é a lonxa agropecuaria de Galicia, onde se venden as vacas leiteiras de practicamente a maioría de toda Galicia, está precisamente alí, na Semana Verde, e nos últimos tempos é verdade que a Semana Verde veu sufrindo xa diversos problemas financeiros, como lle contaba, e se estes problemas financeiros houbera que facer un resume, moi resume, poñemos aquí na moción, derivada do alto custo da construción do recinto feiral, e dunha xestión non moi profesionalizada de todo. Ben, creo que, agora mesmo, pódese dicir que a Semana Verde está plenamente profesionalizada, hai que darse conta de que se aprobou un plan de viabilidade, que esa grave situación económica pola que atravesa poida solucionarse, e sobre todo un tema tremendamente importante, é que alí hai 41 postos de traballo, que perigan, e tamén temos que velo que son 41 postos de traballo, e que creo que a Semana Verde con esta inxección económica deste convenio, que se pode firmar, e cunha xestión profesionalizada como debe ocorrer no século 21, creo que a Semana Verde pode chegar a autofinanciarse a moi curto prazo, eu vin a proposta, creo que o que propón é serio e razoable, porque alí hai un recinto, por exemplo, pódolles dicir, alí están as cociñas máis grandes de Galicia, é dicir, sen utilizar, por certo mortas de risa, e alí está, á parte do comedor hai as cociñas, que para empresas de cátering poden ter un interese impresionante, empresas de cátering que fan comidas para hospitais, etc., e que pódelles interesar traballar alí no recinto, iso hai que poñelo en valor, alí hai un recinto para alugar moitas veces, xa sabedes que a televisión de Galicia, pois, paga altos custes ó cabo do ano por arrendo de locais, como Plató1000, etc., etc., alí hai naves que poden ser magníficas para algunhas cousas, e que eses cartos que van para outras empresas, pois, poden ir para a Semana Verde, é dicir, á parte diso, máis os distintos certames que se fagan e que se autofinancien, porque obviamente que o máis rentable deles é precisamente o que se vai a producir agora, o da Semana Verde, creo que a Semana Verde, eu creo na palabra da Xerente, e creo que a Semana Verde é viable e se pode autofinanciar, bueno, e a todo isto, tamén dicir que a Lonxa agropecuaria de Galicia está funcionando sen custe ningún para o gandeiro, o cal é bo, pero é un servizo que se está prestando, que en condicións normais había que cobralo, e que Maril aí nunca quixo cobrar, e incluso nas épocas boas onde economicamente estaba ben, estaba moito mellor que agora a gandería, non se cobraba nada polas transacións,cousa que non fai ningunha lonxa, iso, loxicamente tamén hai que miralo, non quere dicir que haxa que cobrar, e menos neste momento, pero dende logo que si hai cousas onde se poden sacar recursos, eu creo que aquel recinto, que custou moito diñeiro público, hai que poñelo en valor, deixalo morrer sería una magoa para o sector agrogandeiro en primeiro lugar, para a Provincia, para o Comarca do Deza, especialmente para Silleda, a Comarca do Deza, para a provincia de Pontevedra, porque somos da provincia de Pontevedra, e por suposto tamén para Galicia. E logo, xa por último, dicir que alí hai 41 postos de traballo. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Crespo. Non hai máis intervencións. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, eu xa levo anos nisto, e cando convivín na corporación de Pontevedra cunha persoa, compañeiro da corporación, que cando se facía unha pregunta ou se lle daba a vara con algo, arreaba tratados de media hora, unha hora, dúas horas, o que fixera falta, co cal logrou o que pretendía, que ninguén lle dera a vara, máis ou menos a situación é esa, non estamos discutindo iso, non estamos discutindo nada disto, estamos falando de que como se trouxo isto aquí, e punto, e non vamos a interromper, ímonos a abster e xa está, agora esa explicación, esa profusa e demais, de todas maneiras enganouse, iso de, como era, remos e remas, non, paus se remas, paus se non remas, afine un pouco as ... Sr. Crespo Iglesias.- Que non remas. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ah!, bueno. Sr. Crespo Iglesias.- Quero dicir, que nos ides dar de hostias igual, por un lado … Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero era paus se remas, paus se non remas, creo, ¡eh!, creo, non o sei exactamente, non podemos montar unha discusión sobre isto, ímonos a abster. Sr. Presidente.- Bueno, pois, Sr. González. Sr. Gonzalez Iglesias.- Sr. Crespo, a súa intervención se transforma nunha cuestión de fe, e home, algúns somos un pouco descreídos, e cando interveñen algúns como vostede, máis. A ver, vostede di, que vostede veu o plan de viabilidade, moi ben, pero se nolo trouxeran aquí con tempo, pois sabíamos do que estamos falando, dese plan de viabilidade, nós non o vemos, esa é a diferenza, entón, nos conta a película e nos parece moi ben, é dicir, non é que non lle creamos, por iso nos abstemos, pero normal, recoñecerá comigo, é traer todos os datos e poñelos enriba da mesa. Hai unha contradición curiosa, na súa primeira intervención di, “esta é unha cousa desta mañá”, e na segunda intervención nos di, “¡ah!, claro, ¿que quería que fixeramos onte unha rolda de prensa e tal?”, a ver, era desta mañá, ¿ou era de onte?, pero dá igual, non me explique máis, dá exactamente igual calquera tema deste tipo, tráenos un estudo de viabilidade, fai a petición a Fundación, non presenta unha moción o Partido Popular, é dicir, a ver, se estamos nunha Fundación representados, o normal é que a Fundación faga a petición ou o Sr. Crespo como representante, iso é o lóxico e o normal, pero volvo a repetir, é que confúndense as cousas e pasan esas cuestións. O de antes, abstémonos. Por certo, dá igual, pode intervir media hora, ímonos a abster, e non vamos a intervir máis no tema. Sr. Presidente.- Vai intervir un minuto, dixo. Sr. Crespo Iglesias.- Menos dun minuto. Eu o que dixen podo demostralo, polo tanto, eu podo demostralo, non teño inconveniente ningún, simplemente, que se a Fundación fai a petición, pero xa lle digo que vai, isto vai dar, isto é habilitar crédito para que a partires de agora se firme un convenio con esta casa, que ten crédito, máis a Xunta de Galicia. Polo tanto, eu non lle vexo, vostedes póñenlle , búscanlle, poñen, buscan, catro patas ó gato, e non as ten, e nós somos serios, e creo que o demostramos, porque todo o que hai aí, que é aproveitable, e o que fixeron vostedes estámolo aproveitando, bueno, xa remato, porque total non os vou a convencer, xa vostede mesmo o di, é dicir, é que ó que non quere escoitar mal lle pode explicar unha cousa, entón, ten razón, que dá igual, como vostedes queiran, se vostedes cren que, mire o Deza tamén existe, tamén pertence á provincia de Pontevedra, eu xa sei que ó estar alá, moito no norte, ás veces quédalles algo a desmán, pero alí tamén somos da provincia de Pontevedra, e tamén temos dereito a que a Deputación gaste alí cartos. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. José Crespo. Reivindicación razoable e polo tanto vamos a incluír a maiores na propia redacción da propia moción, que se propón a autorización dunha achega de 250.000,00€ á Fundación Semana Verde de Silleda, para corrixir o desequilibro económico e habilitar crédito no primeiro expediente de crédito extraordinario que se tramite e autorizar a tramitación. Sr. Crespo Iglesias.- Alí ó final tes que poñer, onde di, habilitar, é autorizar e habilitar crédito. Sr. Presidente.- Autorizar a tramitación do correspondente convenio, o cal será aprobado polo órgano competente. Bueno, pois con esta incorporación procedemos á votación desta moción de urxencia, co fin de que a Semana Verde de Galicia, que é unha instrución fundamental para a provincia de Pontevedra, especialmente, como dicía neste caso D. José Crespo, para as Comarcas do Deza, Tabeirós-Terra de Montes, e para os sectores tan importantes, estratéxicos, como son o agrario, gandeiro, forestal e ecoindustrial, e sobre todo para Galicia. O seu correcto funcionamento e a súa habilidade é clave neste caso, para tamén a Deputación de Pontevedra e a propia Xunta de Galicia, que poidan desenvolver distintos plans e iniciativas fundamentais que teñen previstas para o desenvolvemento e ocupación nos sectores anteditos e na propia provincia de Pontevedra. Como diríamos, “hemos dicho” procedemos á votación: ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¡A favor? O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE, e do BNG, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre habilitación de crédito para financiar as actividades da Fundación Semana Verde de Galicia. Dita Moción é como segue: “O Grupo Provincial do Partido Popular (PP) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción relativa ás melloras nas autoestradas da nosa provincia. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- A Fundación Semana Verde de Galicia é unha entidade de dereito público, participada pola Xunta de Galicia, que vén desenvolvendo unha actividade fundamental no eido da información, formación e comercialización de distintos sectores produtivos de Galicia, particularmente o agrogandeiro, o agroforestal e a agroindustria. 2.- Non só é unha referencia nacional e internacional, e un escaparate, dos recursos estratéxicos de Galicia, senón que, no ámbito estritamente autonómico, vén desenvolvendo unha intensa actividade informativa, formativa e comercializadora e servindo de plataforma para proxectar produtos de varios sectores comerciais e industriais estratéxicos de Galicia. 3.- Nos últimos tempos, a Fundación Semana Verde veu sufrindo diversos problemas financeiros derivados do alto custe de construción do seu recinto feiral, dunha xestión non profesionalizada de todo e das dificultades engadidas dos problemas e crises de distintos sectores e da economía xeral. 4.- Recentemente, con motivo da plena profesionalización da xestión da entidade, a Fundación Semana Verde aprobou un Plan de Viabilidade que puxo de relevo a grave situación económica pola que atravesa e que ameaza a súa subsistencia, os postos de traballo que xera e, incluso, o cumprimento dos seus fins. 5.- A Fundación Semana Verde de Galicia é unha institución fundamental para a provincia de Pontevedra, para as comarcas de Deza, Tabeirós e Terra de Montes, para os sectores tan importantes e estratéxicos como son os agrario, gandeiro, forestal e agroindustrial e, sobre todo, para Galicia. O seu correcto funcionamento e a súa viabilidade é clave para que a Deputación de Pontevedra e a propia Xunta de Galicia poidan desenvolver distintos plans e iniciativas fundamentais que teñen previstas para o desenvolvemento e a ocupación nos sectores anteditos e na propia provincia de Pontevedra. Polas anteditas razóns, e tendo en conta que a Deputación de Pontevedra forma parte do Padroado da devandita Fundación Semana Verde, do que se derivan distintas obrigacións, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopten os seguintes acordos: 1.- Autorizar unha achega de 250.000 euros á Fundación da Semana Verde de Silleda para corrixir o desequilibrio económico. 2.- Habilitar crédito no primeiro expediente de crédito extraordinario que se tramite. 3.- Autorizar a tramitación do correspondente convenio, o cal será aprobado polo órgano competente. 11.5829.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- ¿Algún rogo ou algunha pregunta?. D. Gabriel Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Bo día a todos e a todas. O rogo é o seguinte, e é un rogo en relación, que na estrada EP-4006, Ponteareas-As Neves, ó seu paso pola parroquia de Leirado, no concello de Salvaterra de Miño, fíxose unha variante fai uns anos, e quedou o tramo vello desa variante que pasa por diante dun colexio, entón o rogo vén a pedir o seguinte: que a Deputación Provincial sinalice adecuadamente con semáforos, lombos ou sinais, etc., o tramo vello da estrada provincial EP-4006, especialmente na zona do colexio. Sr. Presidente.- Moi ben, pois trasladaremos ós servizos técnicos esa petición para que se valore e para que se teña en conta. ¡Ah!, si. Sr. Martínez Giráldez.- Ben. Tamén con respecto, unha pregunta con respecto a un pavillón que no seu día contratou a Deputación Provincial en Leirado, na parroquia de Leirado, en Salvaterra de Miño. Era para saber quen é na actualidade o titular dese pavillón. Sr. Presidente.- De acordo. O revisaremos e lle diremos. Sr. Martínez Giráldez.- ¿Non me vai a contestar agora?. Sr. Presidente.- Home, agora mesmo non teño ... Sr. Martínez Giráldez.- Sigo preguntando sobre iso. Entón, ¿se foi entregado ó concello?. Sr. Presidente.- Averiguaremos. Sr. Martínez Giráldez.- A terceira pregunta en relación con iso, se recibiu escrito por parte do colexio de Leirado para utilizar as instalacións, fai aproximadamente uns cantos meses, e por que motivo non se lle contestou. Sr. Presidente.- Averiguaremos iso. Sr. Martínez Giráldez.- Moi ben. A cuarta pregunta, ¿como xustifica que se investiran máis de 700.000 euros no pavillón e que non cumpra coa normativa vixente para poder instalar ou dalo de alta con respecto a temas eléctricos?. ¿Como xustifica tamén que estea todo cheo de grietas e como xustifica que chova dentro?. Que chova dentro, Sr. Louzán, este pavillón foi contratado no ano 2001, está sen inaugurar, no 2001, e gastáronse máis de 700.000 euros. Ben, con respecto ó tema da famosa variante, que denunciamos o grupo do BNG, vostedes xustificaron que o problema era debido a un problema de autorización da Confederación Hidrográfica, entón, eu, gustaríame que me explicara aquí no Pleno como é posible que se vostedes adxudican a obra en outubro de 2006, outubro de 2006, a primeira solicitude que vostedes fan á Confederación Hidrográfica é de novembro do 2007. Ó mellor terá que explicarllo vostede ós medios de comunicación e á opinión pública. ¿Por que motivo, dende que se adxudicou a obra en outubro de 2006, tarda vostede trece meses en solicitar a primeira autorización á Confederación Hidrográfica?. E con respecto a se vemos dende outubro de 2006 ata que vostedes solicitan a segunda, pasan máis de dous anos, solicitan vostedes a segunda para a tala de árbores, en maio, perdón, en setembro do 2008. Explíqueo por favor. Sr. Presidente.- ¿Algunha cousa máis?. Sr. Martínez Giráldez.- Moitas grazas. Sr. Presidente.- Revisaremos iso e lle daremos toda a información. Moitas gracias. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)