ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.805
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2009/03/04_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/3.2009-03-04_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/03/04_Extraordinaria

  • Data(s) 2009-03-04 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 23 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria (en substitución da ordinaria de febreiro) en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 4 de marzo de 2009 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día catro de marzo do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bueno. Moi bos días a todas e a todos, vamos a dar comezo á sesión deste Pleno, neste caso extraordinario, pero que en principio sería o ordinario do venres pasado. 1.5790.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente. - O primeiro punto é a aprobación do borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 4 de febreiro de 2009. Non habendo ningún comentario, apróbase. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 4 de febreiro de 2009. 2.5791.- TOMA DE POSESIÓN DE DONA FRANCISCA CANAL GÓMEZ COMO DEPUTADA PROVINCIAL Sr. Presidente.- Toma de posesión de Dona Francisca Canal Gómez como Deputada Provincial. Ten a palabra neste caso o Secretario. Sr. Secretario.- Se ha recibido de la Junta Electoral Central la credencial de Deputado Provincial a favor de Doña Francisca Canal Gómez, en substitución de Doña Corina Porro, y la misma ha presentado en Secretaría la declaración de bienes patrimoniales, declaración de causas de posible incompatibilidad, así como la liquidación del impuesto sobre la renta. Por lo tanto, en principio no hay ningún obstáculo legal para que tome posesión. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Polo tanto chamamos a Dona Francisca Canal Gómez para que tome posesión. Unha vez recibida da Xunta Electoral Central a credencial de Deputada Provincial a favor de Dona Francisca Canal Gómez e presentada na Secretaría a declaración de bens patrimoniais, declaración de causas de posible incompatibilidade, así como a liquidación do imposto sobre a renda, e non habendo obstáculo legal, toma posesión do cargo de Deputada Provincial Dona Francisca Canal Gómez. Sra. Canal Gómez.- Xuro pola miña conciencia e honor cumprir as obrigas do cargo de Deputada Provincial con lealdade ó Rei, e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Presidente.- Bueno. Felicitamos, como non podía ser doutra maneira, a Dona Francisca Canal pola súa acta neste caso de Deputada Provincial e continuamos a orde do día prevista. 3.5792.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO Sr. Presidente.- Punto número tres. Adhesión do concello de Pazos de Borbén ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral entre a Deputación de Pontevedra e a Dirección Xeral do Catastro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O concello de Pazos de Borbén na sesión plenaria que tivo lugar o día 31 de outubro de 2008, acordou solicitar a adhesión do concello ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. Resultando que o concello de Pazos de Borbén delegou na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión do Imposto sobre Bens Inmobles, delegación aceptada polo Pleno desta Corporación Provincial e efectuada polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Considerando que a cláusula décimo quinta do mencionado convenio de colaboración en materia de xestión catastral determinaba que, unha vez levada a cabo a delegación da xestión do Imposto sobre Bens Inmobles na Deputación Provincial de Pontevedra, entenderase que o concello delegante atópase dentro do ámbito de aplicación do convenio. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 23 de decembro de 2008, polo que se acepta a petición do concello de Pazos de Borbén, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do concello de Pazos de Borbén ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. 4.5793.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN PROVISIONAL DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA TAXA POR LICENZA URBANÍSTICA, ASÍ COMO A EMISIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DE CADA UN DESTES TRIBUTOS Sr. Presidente.- Punto número catro. Delegación de competencias do concello de Salceda de Caselas a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Salceda de Caselas na sesión celebrada o día 31 de outubro de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de decembro de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Salceda de Caselas, para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Salceda de Caselas, por acordo do Pleno de data 31 de outubro de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. A citada delegación que será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.5794.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN PROVISIONAL DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA TAXA POR LICENZA URBANÍSTICA, ASÍ COMO A EMISIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DE CADA UN DESTES TRIBUTOS Sr. Presidente.- Punto número cinco. Delegación de competencias do concello de Vilanova de Arousa a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Vilanova de Arousa na sesión celebrada o día 28 de xullo de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por expedición de licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 18 de febreiro de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Vilanova de Arousa, para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por expedición de licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Vilanova de Arousa, por acordo do Pleno de data 28 de xullo de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por expedición de licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. A citada delegación, que será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 6.5795.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE OIA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE NON SE ATOPEN XA DELEGADOS Sr. Presidente.- O punto número seis. Tamén delegación de competencias do concello de Oia a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Oia na sesión celebrada o día 26 de novembro de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 18 de febreiro de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Oia, para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Oia, por acordo do Pleno de data 26 de novembro de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. A citada delegación que será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 7.5796.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE MONDARIZ A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE NON SE ATOPEN XA DELEGADOS Sr. Presidente.- O punto número sete. Delegación de competencias do concello de Mondariz a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Mondariz na sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 18 de febreiro de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Mondariz, para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Mondariz, por acordo do Pleno de data 31 de xaneiro de 2009 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. A citada delegación que será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 8.5797.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “MELLORA DA INTERSECCIÓN RUBIÓS-TORTOREOS EP 4202” (AS NEVES), EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- O punto número oito. Aprobación inicial do proxecto “Mellora da intersección Rubiós-Tortoreos EP 4202”, no municipio das Neves, exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra, e solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Mellora da intersección Rubiós-Tortoreos EP 4202” ( As Neves) que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 123.371,65 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 100.000,00 euros e capítulo de expropiacións nunha contía que ascende a 23.371,65 euros, ten por obxecto a construción dunha glorieta na intersección existente entre o p.k. 11+000 do vial 4006 Ponteareas-As Neves co p.k. 0+000 do vial 4202 Rubiós-Tortoreos-Carrasqueira, que permita regular eficazmente e con total garantía o tráfico rodado e, ó mesmo tempo, serva para reducir o índice de sinistralidade existente na zona, ademais de incrementar a seguridade dos peóns nun lugar cunha importante densidade de poboación. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas, advertindo este último da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto “Mellora da intersección Rubiós- Tortoreos EP 4202” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 123.371,65 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 100.000,00 euros e capítulo de expropiacións nunha contía que ascende a 23.371,65 euros. 2. A exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación que conleva por prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente de forma automática en caso de non producirse as mesmas. A relación de propietarios e bens afectados é a que se detalla a continuación: Nº PARCELA PROPIETARIO BENS AFECTADOS 1 José Francisco Rodríguez Pérez. Tortoreos, Fontiña-13 AS NEVES. -72 m2 superficie ocupada. -1 Ud. Portal ferro corredera automático (3,20x2,00). -48,00 m2 Muro formigón revestido en pedra (peche parcela). -22,00 m2.- Muro formigón (contención estrada) -25,00 m2 Enreixado de ferro (h 0,60). -15,00 m2 Superficie enlousada de pedra. -1 pozo de barrena. -1 pozo artesán de 7 m. de profundidade, caseta, motor e automatismos. -2 arbustos. -2 palmeiras -27 m2 de céspede. 2 Manuel Tomé Rocha. Vide. AS NEVES. -28 m2 de superficie ocupada. 3. A declaración da utilidade pública da obra de acordo co exposto no informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona e que serve para motivar a urxencia que se pretende dar ás expropiacións. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra xa que o devandito proxecto enmárcase dentro das actuacións que a Deputación Provincial de Pontevedra acometerá no ámbito do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal do ano 2009; en concreto, con esta actuación, preténdese mellorar a seguridade viaria na intersección existente entre o p.k. 11+000 do vial 4006 Ponteareas-As Neves co p.k. 0+000 do vial 4202 Rubiós-Tortoreos-Carrasqueira. É por iso que a construción dunha glorieta configúrase como a solución técnica máis adecuada xa que permitirá regular eficazmente e con total garantía o tráfico rodado e, ó mesmo tempo, servirá para reducir o índice de sinistralidade existente na zona debido á falla de visibilidade, ademais de incrementar a seguridade dos peóns nun lugar cunha importante densidade de poboación ó construírse beirarrúas a ambas marxes da vía. Por todo iso e como queira que a obra leva a afección de terreos de particulares resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxo carácter urxente queda sobradamente xustificado polos motivos antes expostos. 9.5798.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA EP 8004 CALDAS-VILANOVIÑA (TRAMO CALDAS-PORTAS)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- O punto número nove. Aprobación inicial do proxecto “Mellora da seguridade viaria na EP 8004 Caldas-Vilanoviña (Tramo Caldas-Portas)”. Exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Mellora da seguridade viaria na EP 8004 Caldas-Vilanoviña” (tramo Caldas-Portas) está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 443.621,33 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 287.961,33 euros e capítulo de expropiacións nunha contía que ascende a 155.660,00 euros. O devandito proxecto enmárcase dentro das actuacións que a Deputación Provincial de Pontevedra está acometendo durante os últimos anos na EP 8004 Vilanoviña-Caldas mediante diversos plans de obras, co ambicioso fin de lograr unha estrada adecuada ás condicións de tráfico que soporta e, ó mesmo tempo, mellorar notablemente a seguridade do viandante, sendo esta segunda condición fundamental por tratarse dunha zona densamente poboada. Por iso este proxecto redactouse ó obxecto de mellorar a seguridade viaria no tramo de 720 metros comprendido entre a rede viaria urbana do municipio de Caldas de Reis e o seguinte tramo da estrada que xa foi obxecto de ensanche, mediante variante que circunvala o núcleo urbano de Portas. O estado actual do devandito tramo de estrada non reúne as características técnicas mínimas esixidas para este tipo de viario, cun ancho medio pavimentado de seis metros, importantes deficiencias no firme e sen un itinerario alternativo para os peóns que reúna unhas mínimas condicións de seguridade. Para paliar esas deficiencias o proxecto contempla a construción dunha plataforma de 15 metros de ancho con dúas calzadas de 3,50 metros cada unha, dúas beiravías de 1 metro cada unha, dous espazos verdes de 0,50 metros e dous paseos peonís de 2,50 metros cada un. Por todo iso e como queira que a obra leva a afección de terreos de particulares resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxo carácter urxente queda sobradamente xustificado polos motivos antes expostos. Á vista dos informes emitidos polos Servizos de Intervención e de Infraestruturas, advertindo este último da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto “Mellora da seguridade viaria na EP 8004 Caldas-Vilanoviña” (tramo Caldas-Portas) que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 443.621,33 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 287.961,33 euros e capítulo de expropiacións nunha contía que ascende a 155.660,00 euros. 2. A exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación que conleva por prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente de forma automática en caso de non producirse as mesmas. A relación de propietarios e bens afectados é a que se detalla a continuación: Nº FINCA PROPIETARIO BENS AFECTADOS 1 RESTAURANTE “O CHIADO DOS LATORRE” C/ ESTACIÓN, Nº 35 PORTAS 100 M2 DE TERREO 2 JOSÉ A. MONTEAGUDO GOLDAR R/ JOSÉ SALGADO, S/Nº CALDAS DE REIS 796 M2 DE TERREO 3 HROS. RAFAEL REY PIÑEIRO (ROSA Mª PIÑEIRO DE LA CRUZ CARRETERA DE PORTAS, S/Nº CALDAS DE REIS -910 M2 DE TERREO; -81 ML. DE PECHE FORMADO POR PILARES E BLOQUE; -4X3 ML. PECHE PERPENDICULAR Ó ANTERIOR; -20 POSTES REVESTIDO EN PEDRA DE 1,80 M. 4 CARMEN BÚA FRIEIRO 376 M2 DE TERREO 5 HROS. FERNANDO MARTÍNEZ BÚA (RAMÓN MARTÍNEZ MARTÍNEZ) LUGAR DE PAZO CALDAS DE REIS 385 M2 DE TERREO 6 RAÚL LORENZO CASTRO CASTRO DE SAN PEDRO, Nº 20 PORTAS 436 M2 DE TERREO 7 ASUNCIÓN ANGUEIRA LÓPEZ LUGAR DE TIVO, S/Nº CALDAS DE REIS 946 M2 DE TERREO 8 HROS. CELESTINO BARROS BREY (CELESTINO BARROS PENA) R/ SALGADO, Nº 8 CALDAS DE REIS 203 M2 DE TERREO 9 HROS. DE MANUELA PIÑEIRO PIÑEIRO (CONSTANTE BUCETA PIÑEIRO) LUGAR DE SOUTO, S/Nº PORTAS 801 M2 DE TERREO 10 HROS. DE MARCELINO PIÑEIRO PIÑEIRO (CARMEN PIÑEIRO ESTÉVEZ) LUGAR DE CURRAS, S/Nº PORTAS 402 M2 DE TERREO 11 HROS. DE CARMEN ALONSO PEREIRA (PEDRO FIGUEIRAS ALONSO) LUGAR DE PAZO, Nº 2 CALDAS DE REIS 170 M2 DE TERREO 12 HROS. DE JOSÉ CASTRO CALDAS (ROSA CASTRO) 350 M2 DE TERREO 13 DESCONOCIDO 32 M2 DE TERREO 14 DESCONOCIDO 332 M2 DE TERREO 15 MANUELA BLANCO 617 M2 DE TERREO 16 DESCONOCIDO 302 M2 DE TERREO 17 DESCONOCIDO 237 M2 DE TERREO 3. A declaración da utilidade pública da obra de acordo co exposto no informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona e que serve para motivar a urxencia que se pretende dar ás expropiacións. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra xa que o devandito proxecto enmárcase dentro das actuacións que a Deputación Provincial de Pontevedra está acometendo durante os últimos anos na EP 8004 Vilanoviña-Caldas mediante diversos plans de obras, co ambicioso fin de lograr unha estrada adecuada ás condicións de tráfico que soporta e, ó mesmo tempo, mellorar notablemente a seguridade do viandante, sendo esta segunda condición fundamental por tratarse dunha zona densamente poboada. Por iso este proxecto redactouse ó obxecto de mellorar a seguridade viaria no tramo de 720 metros comprendido entre a rede viaria urbana do municipio de Caldas de Reis e o seguinte tramo da estrada que xa foi obxecto de ensanche, mediante variante que circunvala o núcleo urbano de Portas. O estado actual do devandito tramo de estrada non reúne as características técnicas mínimas esixidas para este tipo de viario, cun ancho medio pavimentado de seis metros, importantes deficiencias no firme e sen un itinerario alternativo para os peóns que reúna unhas mínimas condicións de seguridade. Para paliar esas deficiencias o proxecto contempla a construción dunha plataforma de 15 metros de ancho con dúas calzadas de 3,50 metros cada unha, dúas beiravías de 1 metro cada unha, dous espazos verdes de 0,50 metros e dous paseos peonís de 2,50 metros cada un. Por todo iso e como queira que a obra leva a afección de terreos de particulares resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxo carácter urxente queda sobradamente xustificado polos motivos antes expostos. 10.5799.- CAMBIO DE TITULARIDADE E POSTERIOR ENTREGA Ó CONCELLO DE SANXENXO DE VARIOS TRAMOS ANTIGOS DA EP 9208 NOALLA-AIOS Sr. Presidente.- O punto número dez. Cambio de titularidade e posterior entrega ó concello de Sanxenxo de varios tramos antigos da EP 9208 Noalla-Aios. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito remitido dende o concello de Sanxenxo -que tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra o 2 de febreiro de 2009- a través do cal solicita á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade e posterior entrega ó seu favor, dos seguintes tramos antigos da EP 9208 Noalla-Aios: 1- Tramo 1 (p.k. 2+200) Superficie: 280 m2 2- Tramo 2 (p.k. 2+400) Superficie: 575 m2 3- Tramo 3 (p.k. 2+800) Superficie: 189 m2 4- Tramo 4 (p.k. 2+856) Superficie: 3.078 m2 5- Tramo 5 (p.k. 2+966) Superficie: 1.731 m2 Visto o informe emitido o 12 de febreiro de 2009 polo Director de Infraestruturas favorable ó cambio de titularidade solicitado polo concello de Sanxenxo xa que, unha vez xirada visita de inspección ó vial de referencia, comprobouse como a cesión solicitada afecta a tramos antigos da estrada provincial Noalla-Aios nos que se realizaron variantes de trazado e que son susceptibles de ser transferidos por non dar continuidade ó itinerario actual da devandita estrada e ademais, desta forma, o concello de Sanxenxo podería garantir o seu mantemento levando un control máis directo para evitar posibles ocupacións indebidas do dominio público e acondicionar ditas franxas de terreo poñéndoas en valor para o uso público en xeral; todas estas notas aconsellan o cambio de titularidade a favor do concello de Sanxenxo de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia e no artigo 2 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. Considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: 1. O cambio de titularidade a favor do concello de Sanxenxo dos seguintes tramos antigos da EP 9208 Noalla-Aios: 1- Tramo 1 (p.k. 2+200) Superficie: 280 m2 2- Tramo 2 (p.k. 2+400) Superficie: 575 m2 3- Tramo 3 (p.k. 2+800) Superficie: 189 m2 4- Tramo 4 (p.k. 2+856) Superficie: 3.078 m2 5- Tramo 5 (p.k. 2+966) Superficie: 1.731 m2 Ditos tramos da estrada incorporaranse á relación de estradas de titularidade do concello de Sanxenxo como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Correspóndenlle ó concello de Sanxenxo, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación destes tramos, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular dos mesmos. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura da acta de entrega que con tal fin se elabore. 11.5800.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Ten a palabra o Secretario. Sr. Secretario.- Si, en primer lugar dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 25 de noviembre y el 21 de febrero. En segundo lugar acuse de recibo del Grupo Parlamentario Popular en el Congreso, sobre la Moción enviada en su día sobre la Política Agraria Común de la Unión Europea. Asimismo también acuse de recibo del Ministerio de Medio Ambiente sobre lo mismo, la misma Moción. Y la Comisión Europea también nos acusa recibo de la Moción sobre el Trabajo decente. Y luego Resoluciones Presidenciales delegando la Presidencia por ausencia de los días 7 a 11 de enero del 2009 en el Vicepresidente de la Diputación Sr. Figueroa; y asimismo del 9 al 12 de febrero también en el Vicepresidente Sr. Figueroa. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 25 de novembro de 2008 e 21 de febreiro de 2009, e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 5 de xaneiro de 2009 delegando as atribucións da Presidencia os días 7 ó 11 de xaneiro de 2009, ambos inclusive, no Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. C) De Resolución Presidencial de data 6 de febreiro de 2009, delegando as atribucións da Presidencia os días 9 ó 12 de febreiro, ambos inclusive, no Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. D) De escrito da Comisión Europea, DG Empleo, Asuntos Sociales e Igualdade de Oportunidades, en Bruselas, de data 21 de xaneiro de 2009, acusando recibo de acordo plenario en relación con Moción de apoio á Xornada Mundial polo Traballo Decente E) De escrito do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, de data 3 de febreiro de 2009, acusando recibo de acordo plenario en relación con Moción sobre determinados aspectos da Política Agraria Común da Unión Europea F) De escrito do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados, de data 9 de febreiro de 2009, acusando recibo de acordo plenario en relación con Moción sobre determinados aspectos da Política Agraria Común da Unión Europea. 12.5801.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto número doce. Rogos e preguntas. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Sr. Presidente, gracias, bos días a todos. Bueno, antes de nada non sei se darlle a noraboa ou o pésame, en todo caso benvida á nova compañeira, que xa é das coñecidas, Francisca Canal. En segundo lugar, pedir desculpas por este lamentable estado no que estou, pero, en fin, a gripe non me dá para máis. E agora vamos cun par de preguntiñas. A primeira, en escrito de 2 de maio do 2007, ante unha solicitude dunha señora, que como consecuencia das obras da estrada de Meadia, parece que lle metía auga na casa, pois como digo 2 de maio de 2007, respostáselle dende esta casa que, “se da orden a la empresa adjudicataria de las obras para que resuelva el problema”, en fin, a solución parecía boa, en fin, ía polo bo camiño, pero foi o 2 de maio do 2007 e o problema está sen resolver, e entón … Sr. Presidente.- ¿Que estrada estamos falando?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Estrada Meadia. Meadia pon aquí. Sr. Presidente.- Meadia. Sr. Mosquera Lorenzo.- Meadía. Sr. Presidente.- Meadía, Forcarei. ¿Municipio?. Sr. Mosquera Lorenzo.- A Estrada. Sr. Presidente.- A Estrada. Sr. Mosquera Lorenzo.- Teño o número de escrito da tal, de Rexistro, está aquí. Sr. Presidente.- Problemas de auga na súa vivenda. Sr. Mosquera Lorenzo.- Está aquí o escrito, está, de feito xa se lle contestou, vamos, xa se lle respostou por escrito asinado non sei por quen, porque pon o Presidente pero non parece a firma do Presidente, pero bueno. Sr. Presidente.- Agora collo eu unha copia dese escrito e me poño manos a la obra co Director de Infraestruturas. A ver que pasou con isto. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, a ver que pasou. Ben, en segundo lugar, dado que saíu publicamente nos medios, e respostas, e contra respostas, a nós gustaríanos que por parte da Presidencia se aclarara o proceso este de selección para despexar dúbidas ou para reafirmalas, do persoal de cooperación, estas 152 prazas, dígoo porque non, non parece serio nin solvente que estes asuntos se ventilen nun medio de comunicación, e no Pleno, pois non se dea conta, non. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Si, bueno, moitas gracias. E bueno, en relación a este, é un proceso igual que foi nos anos anteriores, non ten creo que ningunha diferenza máis que o matiz do contexto político que se lle queira dar, no momento en que estábamos, porque ademais as eleccións, non se fixo con anterioridade, senón que coincide así, porque coincide así todos os anos, no mes de febreiro-marzo poñer en marcha un plan para a selección de persoal para os concellos. E bueno, nese sentido, xa digo, está, cumpre todo o establecido no que dalgunha maneira é unha convocatoria pública desta casa, e polo tanto, en principio, non debería ter ningún problema. Vamos, eu estou disposto a escoitar, como non pode ser doutra maneira, ós portavoces dos grupos políticos. Onte, bueno, falei doutras cousas, non diso, que non me preguntaron, neste caso o Comité de Empresa deste tema non me preguntou absolutamente nada, pero bueno, eu neste caso estou disposto a escoitar e a intentar, se algo que se pretenda modificar, modificar, pero é unha convocatoria exactamente igual que en anos anteriores, e polo tanto, vai dirixida específicamente ós concellos, e a partir de aí non ten máis nada que, que xa digo, establecer a propia selección para o que é un contrato de seis meses se mal non recordo. Máis preguntas de D. Gabriel Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Bo día a todos e a todas. Antes de nada pois darlle as miñas felicitacións polos resultados que obtiveron. Con respecto ó día 22 de xaneiro, o Presidente nunha presentación dun libro no Castelo de Villasobroso, deixou caer de que ían a asumir a xestión dese castelo, entón quería que me explicara un pouco como están esas negociacións, en que consisten, ou como vai ese tema. Sr. Presidente.- Esa era. ¿Máis?. Bueno, pois moitas gracias, pero eu creo que as palabras non foron esas exactamente, pero bueno, ante o comentario que vostede fai en relación a iso, a nosa colaboración co concello de Ponteareas creo que é unha colaboración importante, e nesa materia tamén o vai a ser. Se houbera algunha noticia nese sentido lla trasladaremos, pero de momento non hai ningunha noticia e cando a haxa pois lle trasladaremos a noticia respectiva, pero non hai de momento ningunha noticia ó respecto. D. Pauliño del Río. Sr. Del Río Iglesias.- Bon día. Sr. Presidente.- Bon día. Moitas gracias primeiro a D. Gabriel pola felicitación. Adiante D. Pauliño. Sr. Del Río Iglesias.- Bon día. Esta é unha pregunta, máis que unha pregunta un rogo ó Sr. Durán, que é máis que nada tamén para sacarlle dun erro que cometeu nun Pleno anterior cando se falou das subvencións ós conservatorios de música da provincia de Pontevedra, onde nunha intervención estableceu os criterios polos cales se estableceu a puntuación. Eu pasareille todos os puntos e todos aqueles escritos que parece que necesita para facer unha baremación máis axeitada. Pero en todo caso o que lle quería, o Sr. Durán rematou a súa intervención dicindo que en todo caso os concellos recibiran a mesma cantidade que anos anteriores. Ben, eu simplemente quero dicirlle ó Sr. Durán que non é certo, que no ano anterior o concello de Gondomar por exemplo recibiu 9.756 euros e desta última recibiu 5.348. Como eu considero ó Sr. Durán un home serio, responsable e rigoroso, espero que tome nota e rectifique. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Si, ten a resposta o Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Ben, pois bos días. Agradezo o interese e o rigor que amosa D. Pauliño en cotexar eses datos, farémolo, farémolo de acordo co que nos di, e senón é así pois admitirémolo correctamente, como ten que ser. En todo caso, en todo caso, non puiden dicir que en todos, que en todos, non sei como está a acta porque non a lin, que en todos eran as mesmas cantidades, posiblemente dixera, e non vin a acta, dixera que nos que non houbo incremento, no resto estaban todos nas mesmas cantidades. Debeu ser esa a intervención, pero en todo caso en honor a ese interese que amosa pois o miraremos e o comentaremos. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra agora D. Juan Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Bos días Presidente. Benvida á nova compañeira Francisca Canal e tamén a noraboa ó Partido Popular polas eleccións pasadas. A miña pregunta presenteina por escrito o 23 de decembro pasado, como non houbo Pleno ordinario non puiden plantexala aquí, é a seguinte: A Deputación levou a cabo un estudo das distintas formas de xestión dun servizo de recollida de residuos sólidos para os concellos no que se investiu tempo e cartos. Con data 13 de maio do pasado ano o Interventor fai un informe favorable e pronúnciase a favor dunha sociedade mixta entre a Deputación e concellos. A continuación creouse unha comisión que se reuniu un par de veces e non se volveu a saber nada máis, a miña pregunta en concreto é ¿en que situación está a comisión?, e sobre todo ¿qué se pensa facer con este proxecto para a recollida de residuos sólidos urbanos?. Sr. Presidente.- Bueno, pois niso se está traballando, houbo algunha que outra traba que en principio nos podía, bueno, pois nos creaba algún problema para a posta en marcha, pero de todas as maneiras a técnica deste departamento, que está traballando nesa materia, lle mandaremos unha resposta porque xa a ten feita, quero recordar que ma trasladou aínda que na puiden ver, por escrito, para poder enviarlla, e lla vamos a enviar, xa digo, con rapidez, o antes posible, para que a teñan no seu poder. ¿Algunha pregunta máis?, ¿algún rogo?. Pois non habendo nada máis levántase a sesión. Moi bos días e moitisimas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio do Pleno

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición