ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.351
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/02/04_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/3.2009-02-04_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/02/04_Extraordinaria

  • Data(s) 2009-02-04 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 53 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria (en substitución da ordinaria) en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 4 de febreiro de 2009 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día catro de febreiro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado D. Juan Luciano Otero Besada. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo a este Pleno extraordinario que substitúe neste caso á sesión ordinaria do mes de xaneiro. 1.5785.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria do día 30 de decembro de 2008 e extraordinaria urxente do día 23 de xaneiro do ano 2009. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria do día 30 de decembro de 2008, e extraordinaria urxente do día 23 de xaneiro de 2009. 2.5786.- APROBACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL E ESTRADAS DO ANO 2009 Sr. Presidente.- Punto número dous. Aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2009. Bueno, vamos a ver, este plan é dun importe total de 6.589.030 euros, dos cales a aportación do Estado é de 2.734.141 euros, a aportación da Deputación 2.279.096 euros e a aportación dos concellos 1.519.398 euros, outras aportacións neste caso 56.394 que fan un total de 6,5 millóns de euros. Como xa é sabido este plan afectará a todos os concellos da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes e que xa está feita a súa distribución en función do criterio de superficie e poboación. ¿Algunha intervención?. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, nos queríamos con respecto a este plan dicir un par de cousiñas, a primeira, que como vostedes saben, este plan normalmente comunicábaselle ós alcaldes ou alcaldesas no mes de novembro ou incluso outubro, sempre coa forma de non comunicalo á oposición, pero bueno iso xa é vicio inveterado desta casa e se lle daba ata un mes, mes e medio, dous meses, para presentar as obras e aprobábase en decembro. Esta vez a pesares de estar os orzamentos do Estado e como transferencias e demais, pois non se sabe, na Comisión a explicación que se deu a verdade é que non nos convenceu en absoluto, pois se lle mandou o día 6 de xaneiro, 5 e chegou o 7, 5 que chegou o 7, o 6 era festivo, ós concellos conminándoos a que para o día 12, para o día 12 de xaneiro, eses días á parte tendo en conta que moi facilmente pois podía haber persoal de, vamos con días e de descanso ou o que sexa, pois se lle esixiu que mandara a relación de obras, é preferible en cales son as relacións de obras e demais. Os concellos cumpriron pero imaxínome, é de imaxinarse certamente o estado de tramitación no que estean, mellor non entramos niso, iso por unha parte, que realmente non parece moi serio por parte desta casa meter ós concellos máxime cando estaban apurando para os proxectos do FIL. E por outro lado aquí escoitamos, creo, se non me acordo mal ata creo que é un acordo da Xunta de Goberno desta Deputación, pero bueno, aquí escoitamos que a propósito do PITGAL, do Plan de infraestruturas terrestres de Galicia, de que se ía a constituír unha comisión e se ían a analizar como estaban o viario provincial entre todos os grupos, cos técnicos, e en función diso tomar decisións sobre que viario había que mellorar e cal parecía ben transferirllo ou aceptar a transferencia á Xunta e aceptar outras e cales non. Estamos agardando, estamos agardando, xa van alá uns meses, e atopámonos, bueno, pois cunhas obras que evidentemente, da Deputación, unhas obras do viario da Deputación, que se leva unha boa parte deste plan, que bueno, non temos elementos para entrar a discutir ou non discutir se son necesarias ou deixan de ser, están repartidas dunha maneira correcta ou non, porque seguimos agardando porque haxa esa prometida comisión para analizar o estado do viario e cal é máis importante ou non e cal se vai transferir ou non. Polo tanto, por como foi tramitado e por esta cuestión que vostedes introduciron no viario e que, vamos, montaron un bo alboroto público e demais, pois nós ímonos abster neste plan. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Bueno, eu creo que na intervención do voceiro do BNG xa se plantexaron parte das cousas que foron obxecto dunha polémica na Comisión Informativa, polémica que tiven eu co Presidente da Comisión, e eu simplemente solicitarlle ó grupo de goberno que se lle pidan desculpas ós concellos polo que se fixo con eles, é dicir, porque obrigarlle a que en catro días, en menos de catro días hábiles, tiveran que mandar a relación de obras cando esta Deputación segundo o Presidente da Comisión aínda non recibira a instrución do MAP, é dicir, esa razón que non sabemos cal foi, de meterlle présa ós concellos, cando sabían ademais, ou sabiamos todos que estaban naquel momento tratando de facer a selección dun plan de bastantes máis cartos e tamén tiñan moita présa, pois a verdade nin a entendemos na Comisión, nin a entendemos cando chegaron ós concellos, nin a entendemos hoxe senón se lle piden desculpas ós concellos. No fondo da cuestión, como son obras solicitadas polos concellos, e se lle deu vía libre na Comisión, nós vamos a votar a favor. Nada máis. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Dicir que en relación ó comentario que facía o Sr. Mosquera que as obras dalgunha maneira, de carreteras, están afectadas por un plan de estradas que está adxudicado e que polo tanto tan pronto como o teñamos daremos conta neste sentido. E aí nos permitirá pois facer unha avaliación para dicir cales son as actuacións máis prioritarias, agora a cantidade como se pode comprobar é moi pequena para poñer en marcha pois un plan ambicioso, creo que a cantidade que corresponde deste proxecto global de 6,5 millóns de euros a carreteras pois é relativamente corto. Pero de todas maneiras en relación ó tema de prazos e todo o demais ten a palabra o Deputado D. Julio. Adiante. Sr. Alén Montes.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos. Para contestarlle ó Sr. González, xa que o Presidente lle contestou ó Sr. Mosquera. Dicirlle que eu creo que o expliquei o outro día, pero non me importa repetilo hoxe aquí, en todo caso quen ten que pedir desculpas ós concellos é o Goberno central, porque o Goberno central tiña que habernos comunicado antes, como facía todos os anos, en tempo e forma. Nós tomamos esta decisión porque como sabedes houbo algúns concellos, o ano pasado polo menos un, que incluso perdeu a subvención deste plan polo tempo, pola premura, entón nós o que non podiamos era esperar máis tempo porque se despois os concellos non podían facer os seus proxectos e todo o que é o proceso administrativo, pois correriamos ese risco. E xa digo no pasado incluso algún concello perdeu esta subvención, subvención que despois ademais repercute no resto dos concellos, eu teño un dato aquí que me pasan de Cooperación, do Servizo de Cooperación, que pedimos 52.000 euros debido a eses incumprimentos dalgúns concellos, que eu estou seguro que ningún concello quere perder nunca unha subvención, que conste, estou segurísimo que ningún alcalde e que ningún grupo de goberno, nunca queren perder unha subvención, sexa da cor política que sexa. O que pasa que ás veces estamos metidos neste sistema estresante, que vamos todos a tanta velocidade, pero é o que hai, pero un exemplo D. Emilio é o plan do Fondo Estatal de Inversión Local, que veu de Madrid, eu creo que para as cantidades que foron, que son cantidades realmente moi grandes, eu creo que tamén se necesitaba máis tempo, e andivemos todos na brasa, por dicilo dunha maneira coloquial, para facer esas memorias e para facer eses proxectos que como sabedes hai que executalos de inmediato, porque tamén a licitación, é un mes os prazos que temos. Entón, eu penso que sería bo, en plan construtivo, que reflexionemos un pouco todos, que respiremos profundamente e que nos calmemos, porque coa tranquilidade tómanse sempre mellores decisións, e que non esteamos constantemente tirándonos os trastos á cabeza, é dicir, é cuestión de sentarse e de tomar decisións, porque, vamos a ver, eu pregúntome, este plan do Fondo Estatal para os concellos, fago unha pregunta moi sinxela, ¿por que non puido durar medio mes máis, ou un mes máis?. Porque sabedes que andiveron todos os consultings, todos os enxeñeiros da provincia de Pontevedra estes días traballando noites, días, sábados, domingos. Eu creo que as cousas non se fan así, non, entón repito, aquí non houbo ningún problema, en todo caso o que dixen ó principio foi que Madrid debía de avisalo antes. Eu se queredes vos paso a relación, pero bueno creo que a tendes, dos concellos e das obras, pero non fará falta, porque á parte é longa, todos os concellos que eu saiba a presentaron, polo tanto debeu dar tempo. E como na presentación o Presidente xa explicou os datos xerais non teño nada máis que dicir. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias a D. Julio Alén. ¿Algunha intervención?. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Ya. Vamos a ver, Sr. Presidente da Comisión de Cooperación, eu creo que cando un se equivoca ou fai mal algo pide desculpas e non pasa nada, eu é exactamente o que lle estaba plantexando. Como vostede ben di este é un plan de todos os anos, e como vostede sabe e llo dixo o Voceiro do BNG hai un momento, todos os anos ós concellos chegaba isto no mes de novembro, e se lle daba pois un mes ou mes e pico para que fixeran a selección das obras. Resulta que a Deputación, a razón non sabemos cal, pero volvo a repetir cando un se equivoca ou ten un fallo pide desculpas e non pasa nada. Este ano a Deputación remite ós concellos esta petición no mes de xaneiro, cando como vostede ben di na súa intervención é de todos os anos. Por que razón este ano no mes de xaneiro e non nos outros meses como, porque como xa é de sempre, como é de costume xa se pode facer. E segundo, o que lle estou dicindo, que se lle deu ós concellos catro días hábiles, non sei se me entende, vostede fai a comparación co plan contra a crise do Goberno de España, e home, pois dea un pouquiño máis de catro días hábiles, é certo que era maior cantidade de cartos, pero uns poucos días máis que catro días hábiles tiña, e que quere que lle diga, home eu se quere lle explico, se vostede non alcanza a coñecer a premura dos prazos para ese plan eu podo explicarllo sen ningún problema. Cando o que se trata é de xerar emprego loxicamente se acurtan os prazos, precisamente para obrigar a eses consultings que dicía vostede de enxeñeiros a que teñan que contratar xente para cumprir os prazos. Do mesmo xeito se fai na realización das obras, se vostede o dá sen prazos ou cun prazo que se alongue en dous anos en vez de seis meses ou un ano para facer a obra, loxicamente as empresas poden caer na tentación de non contratar a ninguén, porque coa súa plantilla dálle tempo. Se vostede acurta o prazo está provocando que teña que contratar a máis xente, pero iso non é obxecto de debate neste punto, se quere debater sobre ese punto non teño ningún inconveniente e aclárolle moitas máis cousas. Eu o único que estou plantexando aquí, e eu dende logo fago así, eu cando me equivoco e cando teño un erro pido desculpas, eu só plantexei aquí que se lle pidan desculpas ós concellos por darlle só catro días hábiles para contestar este tema, e dende logo pola nosa banda agradecerlle ós concellos o traballo ademais, xusto nesa época que tiñan un traballo importante, porque era de máis cantidade, tivérono que facer. Agradecerlle o esforzo que fixeron os concellos, tan simple como iso, se vostedes non son capaces de pedirlle desculpas ós concellos por darlle só catro días hábiles para facer as súas solicitudes, e agora, ademais diso, de agradecerlle que o fixeran neses catro días, mire, ¿qué quere que lle diga?, nós si, pola parte que nos toque nós si. Nada máis. Nós vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno vamos a, D. Julio Alén. Sr. Alén Montes.- Moitas gracias Presidente. Vamos a ver, é certo que isto é anual, pero tamén é certo que todos os anos vén unha comunicación de Madrid, e este ano non sabemos por que, os servizos de Cooperación me din que esa comunicación non chegara, entón mentres non chega esa comunicación obviamente nós non podemos facelo, D. Emilio, repito, a comunicación que tiña que haber vido de Madrid este ano no mes de novembro non veu, e entón repito que nós non temos que pedir desculpas, será Madrid por non haber mandado a comunicación oficial, porque entre administracións nós nos movemos obviamente con comunicacións oficiais, entón, repito, esa desculpa que a pida Madrid. Despois sobre o que acaba de dicir, vostede ten razón no tema da premura do plan anticrise que veu de Madrid, é certo, a premura veu agora, e veu agora á última hora. Pero, ¿sabe por que veu agora D. Emilio?. Porque no seu momento cando todo o país clamaba que aquí había unha crise tremenda, tremenda, é como cando estes días de repente miramos o ceo escuro, negro, sabemos que vai caer unha boa, pero hai xente, que bueno, os que somos galegos sabemos que cando pasa iso vai chover, hai xente que bueno, que non, que non vai chover, que non pasa nada, e despois de alí a un pouco cae un chaparrón. Como non se fixeron as cousas, as cousas a tempo, fai un ano, fai un ano por estas datas todos temos que recordar cando nos chamaron a unhas persoas dalgún partido como o Partido Popular, que éramos antipatriotas, e non sei cantas cousas máis, por dicir que había unha crise en cernes e durísima, non había, nós estabamos na liga de campións das economías mundiais, e isto era un país tremendo, e non se podía falar diso, eu creo que sería bo gravar aquel debate, entre Solbes e Pizarro, había que sacalo e volver a velo, porque todo o que dixo alí o Sr. Pizarro, creo que tiña en todo razón. ¿Que pasa?, non fixeron os deberes a tempo, non interesaba, nese momento que había que votar, vamos a mentir un pouquiño máis, vamos a tapar todos os datos, este país está de maravilla, este país está na liga de campións da economía, gañamos as eleccións cun fato de mentiras económicas e agora éntralle a présa, agora, oe, hai que buscar porque isto desmorónase, estamos nun momento, eu non digo soamente dramático, estamos nun momento tráxico xa, hai que falar coa xente que está aí a fóra, nalgunhas familias de Galicia, tamén de España, xa non entra un euro ó mes, nalgunhas xa non entra nada, eu me pregunto ¿de que van a vivir esas familias sen ningún tipo de ingreso?, xa estamos nese momento, entón que non me veñan cun plan anticrise totalmente disfrazado, vamos a dicir a verdade, un plan anticrise que os cartos están sacados do POL, do POL, que xa se citou aquí varias veces, o Sr. Emilio cada vez que lle digo o POL é que pon unha cara, Sr. Emilio, non sei se ten algún problema coas siglas POL, non sei. O Sr. Zapatero nos quitou o POL, hai que dicilo, ós concellos, nos quitou o POL, é dicir, para facer servizos básicos e fundamentais, nos sacou o POL e aínda hoxe non sabemos por que. Me comentaba hoxe pola mañá un alcalde que está aquí presente que os cartos que lle mandou o plan anticrise do Sr. Zapatero é menos que os cartos que tiña que haber cobrado el polo plan POL. Isto creo que é un tema demasiado serio e entón non me fale de premura Sr. Emilio, o que pasa é que os deberes, os deberes e a responsabilidade hai que facela no seu momento, as medidas hai que tomalas no seu momento, e se estamos en crise hai que recoñecelo, porque os españois e os galegos non somos tontos, porque todo o mundo o sabía, o que pasa que o taparon xusto nas eleccións, simplemente para gañar un puñado de votos que lle chegou para seguir gobernando. Este país vai moi mal, vai fatal, vai fatal, entón, estes plans, estes plans hai que contalos como son, e hai que contar que eses cartos xa eran dos concellos, o Sr. Zapatero ós concellos non lle deu nada, absolutamente nada, é máis, se facemos contas na maioría dos concellos aínda lle debe cartos, porque se nos dera os cartos do POL que nos tiña que dar non facía falta este plan anticrise que eu supoño que agora o Partido Socialista o venderá con folletíns informativos. Pero o tema é moi grave, non estamos falando xa aquí de diferenzas políticas, estamos falando dunha realidade, de xente que ten problemas, señores, que ten problemas para ir á compra, porque cada vez hai menos cartos, repito, hai familias onde non lle entra un euro, un euro á semana, co plan este anticrise que vai dar traballo tres ou catro meses, sabedes que é un parche, as medidas había que tomalas antes, había que tomar as medidas cando empezou esta crise, porque xa sei que é mundial, igual me vai dicir despois que é unha crise global e que non sei que e non sei canto, si, pero España é o país de Europa que está peor en todos os datos, sobre todo no que máis me preocupa a min, no tema do traballo, no tema dos parados, estamos en récord, onte récord histórico de parados, a ver se alguén se cre que con este plan anticrise xa este país vai a cambiar. Isto vai durar tres ou catro meses e todo o mundo o sabe, que vai durar tres ou catro meses, entón cando falemos de premura Sr. Emilio, pénseo, pénseo, a premura é tomala cando a ferida empeza a sangrar, non xa cando a pobre persoa está media moribunda, porque este país agora mesmo está moribundo, está moribundo economicamente, e a economía é a base de todo. Entón, por favor, vamos a ser serios e os que estades no poder, o Partido Socialista e o Bloque, por exemplo aquí en Galicia, tamén sería bo que nestes momentos tan duros políticamente, por favor, investir os cartos en temas serios, menos sillas, menos sillas de case medio millón de euros, menos vendanales de 170.000 euros, menos coches que valen máis cartos que os de Obama, vamos a ser serios, menos despilfarro Sr. Emilio, non me fale de premuras económicas, fáleme de xestión seria, Sr. Emilio, os cartos son de todos, non son do Partido Socialista nin son da Xunta de Galicia, dos políticos, son cartos públicos, vamos deixar por agora aquí Sr. Emilio, se quere seguir debatendo vamos a debater, podemos ter unha mañá tremendamente entretenida. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias D. Julio Alén. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, miren, ¿saben cal é o problema que teñen?, é que vostedes de austeridade e cousas desas non poden presumir nada, non un pouco, nada. Voulle a dar un dato, ¿sabe canto se gastaron nas cortinas do Areal, no antigo Rectorado, cando trasladaron a alcaldía para alí e tal?, eran vostedes, oitenta mil euros. ¿Quere que sigamos en datos dese tipo?, ¿quere que sigamos por aí?, ¿quere que sigamos por aí?. Mire, mire, como falou do plan anticrise e da crise permítame que lle conteste a algunhas cousas, quince días antes de aprobar o Goberno de España a aportación de oito mil millóns de pesetas, perdón de euros, efectivamente, de oito mil millóns de euros ós concellos, quince días antes, a posición do Partido Popular era a seguinte, era a seguinte: solicitarlle ó Goberno que se fixera un plan dedicado ós concellos, de préstamo de cinco mil millóns de euros, é dicir, agora critican que se lle aporten oito mil millóns sen préstamo, esa é a diferenza fundamental, fundamental, iso está escrito que non mo estou invendando, era a posición de vostedes, polo tanto aí a verdade é que pouquiño, pouquiño teñen que ensinarnos ós demais. Pero xa que fai referencia á crise e xa que fai referencia a aquel debate e a máis historias, home, vamos a ser serios, é dicir, vostedes, vostedes creo recordar que ían a eses debates falando de crise pero da crise española, e poñendo como exemplos a outros países, a outros países que curiosamente, curiosamente están sufrindo a crise, algúns igual, outros menos e outros máis que nós, desgraciadamente para todos, porque se a crise fora só dun país pois mire a solución era bastante máis sinxela, pero é xeneralizada, absolutamente xeneralizada. Claro que tamén hai quen di, que no fondo desa crise está unha política que por certo, por certo, vostedes durante anos practicaron en este país, durante anos, ¡eh!. É dicir mire, eu que quere que lle diga, é dicir, ¿quen vendeu as xoias da coroa neste país?, foi un goberno do Partido Popular. Empresas tan “deficitarias” -entre comiñas- como Endesa, como, etc., etc., Autopistas do Atlántico, ¿que quere que lle diga?, é dicir, hai moitas, moitas, moitas, ¡eh!, e tamén é curioso que os países que máis están sufrindo a crise, son aqueles países que dependían non dunha economía produtiva fundamentalmente, senón financeira como é o caso de Islandia, país no que por certo hai un ano era o país onde mellor se vivía do mundo. E outros países como Inglaterra, que tamén entraron nese camiño, por certo con alguén que inaugurou esa política neoconservadora, que é a señora Tatcher, agora mesmo están asistindo a estallidos sociais, agora mesmo, que esperemos que entre todos poñamos as medidas, para que aquí non se chegue. Pero graos de, desgraciadamente, graos de sufrimento da crise temos todos, absolutamente todos. Tamén é certa unha cousa, home, neste país están adoptando medidas que posteriormente, adaptadas a este país, adaptáronas outros países occidentais, e as están adaptando a día de hoxe aínda, ¡eh!. É dicir, algo se está facendo, algo procuramos facer, e entendemos ademais que vamos na boa dirección, entendemos iso. Probablemente este sexa curiosamente dos poucos países onde a oposición tamén fai oposición con este tema, nos demais trata de arrimar o ombro, neste, pois bueno, sigue valendo todo en política, que lle vamos a facer, que lle vamos a facer. É algo que parece que é cosubstancial con todos vostedes, imaxínome que si adicaramos espías de Madrid ó tema da crise financeira, pois tamén saberían naquel momento hai un ano, tamén saberían vostedes, cousa que non souberon os, senón o houberan dito, tamén saberían vostedes que as maiores empresas da banca do mundo, pois estaban practicamente quebrando. E non o dixeron, ¡eh!, debeu ser por algo, debeu ser porque estaban ocupados noutras cousas. Bueno, o importante diste tema, por certo, esa parte non é importante, mire señor Deputado, xa lle dixen en comisión, ou me chama Sr. González, ou me chama D. Emilio. ¿Que quere que lle diga?. Pero non me chame Sr. Emilio, porque non sei como se come esa historia, pero volvo ó mesmo, o importante neste tema, nós vamos a votar a favor, e entendemos, entendemos Sr. Deputado que si hai que pedir desculpas ós concellos porque como vostede ben di, este é un tema de todos os anos, que se a Deputación quería adiantalo puido facelo na mesma época de todos os anos. E hai unha explicación absolutamente razoable, pero claro, vostede me parece que non está moi ben no mundo da administración, hai unha explicación absolutamente razoable, porque non chegou a comunicación de Madrid no tempo que noutros anos, e que os orzamentos do Estado aprobáronse bastante máis tarde que outros anos, Sr. Deputado, bastante máis tarde que outros anos, esa é a razón. Pero volvo a repetir, como é un plan de todos os anos, e sabían vostedes por costume que ía ocorrer, home non esperen a darlle catro días hábiles ós concellos para facelo, porque senón realmente pois fanlle traballar, fanlle facer un esforzo moi importante. Por certo, por certo, xa me dirá vostede, quen é o Alcalde que lle dixo tan maña barbaridade co do POL, porque simplemente para ilustrarlle, que este, é un plan dun ano, o POL era un plan de varios anos, e dende logo, no dun ano co POL, nin de lonxe esta cantidade, e ningún concello desta Provincia, ¡eh!, nin de lonxe. E por certo, por certo, tamén para ilustrarlle que vostede me parece que anda un pouco floxo nestes temas, os cartos do POL, non desapareceron, non os sacou Zapatero, entérese, entérese e se quere debatemos outro tema e llo conto tamén. Pero entérese que a vostede lle pagan para enterarse tamén, igual que a mín. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera lle dou a palabra despois … Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bueno, como nos temíamos aquí resulta que o Partido Popular cando non fai ben os deberes, cousa que lle pode pasar a calquera obviamente, pois entonces demostra, sae por elevación, e demostra o Portavoz neste caso, para este asunto, que está moi, máis traías a chuleta, non, das consignas, que lle mandan de Madrid, moito máis estudadas que os asuntos propios da Deputación. E bueno, dende logo é un xogo no que normalmente nos resistimos a entrar, pero bueno haberá algunhas cousiñas que dicir, e só me vou a referir a tres, e moi breves. En primeiro lugar, si é certo que houbo falta de previsión con respecto ás consecuencias da crise, si é certo, pero non é achacable a esta forza política, que xa á altura de xuño, pois propuxo as medidas anticrise que 6 meses despois resulta que son as que están aplicando máis ou menos, quitando iso de pasarlle cartos á banca e demais. Pero, en canto á intervención pública inxectando diñeiro e demais, pois son as que despois se aplicaron. En segundo lugar, miren, teñen un problema grave, ¿vostedes acórdanse do decálogo de Rajoy de Ciudad Real?, xuño 2008. Vostedes xa sabían que viña a crise, ¿vale?, moi ben, sabían máis, parecía que era obvio, pero bueno, receita, non fagan modificacións, non gasten cartos, non non sei que, curiosamente vostedes non as aplicaron, ou sexa que ata cando, os, digamos a falta de previsión poden ser vostedes máis ou menos bos, dando solucións son vergonzantes, ou sexa sóltanas e despois agáchanas porque nin vostedes mesmos cren nelas. E despois veulle a desautorizar o seu gurú, ¿non?, de neoliberal, ¿non?, neste caso encarnado en Busch cando propuxo intervención pública na economía que vostedes propoñían naquel momento, está aí ¡eh!, está publicado, non o invendamos, nin o aplicaron aquí na Deputación nin o aplicaron en ningún outro lado. Entón, está ben predicar, pero hai que andar trigo, vostedes neste momento reconstrúen o discurso, reconstrúen, pero iso non, ou sexa, con capacidade, e sempre estamos escoitando apliquen as nosas receitas, pero como non sabemos cales son, porque as que, as famosas aquelas de Ciudad Real, do Sr. Rajoy, pois resulta que vostedes mesmo non as cren, e as enterraron aí esquecéronas, non volveron a falar nunca máis porque eran dun ridículo espantosas. En terceiro lugar, eu creo que temos aquí un caso claro na Deputación, exactamente cando caeron como Saúlo no camiño de Damasco, caeron da burra, e descubriron que as propostas neste caso feitas por deste grupo, de facer un esforzo económico a dous anos, nós non propoñiamos 6 meses como este plan do Estado, senón a 2 anos, por parte desta Deputación, para inxectar obra pública, exactamente iso foi en novembro, en outubro-novembro, non esta exactamente porque é , porque non cren no plan este, que aínda hoxe vemos na prensa que van a seguir adiante con el, ou que teñen medo que sexa eficaz e corrixa un pouco a crise entón non levan vostedes os méritos, a verdade é que non acabo de entender, non acabamos de entendelo. Entón onde non gobernan ou nas declaracións xerais evidentemente vostedes poden criticar, pero onde gobernan, collen neste caso pa ben, ideas doutras forzas políticas, pero despois non as efectivizan, non as efectivizan, non sabemos exactamente cal é a razón, cando foi no Pleno de outubro, e en novembro ía estar, anunciárono vostedes que ía estar sobre o 20 de novembro, o 15 de novembro que ocasión perderon de quedar como uns campións. Entón, estamos con un punto da orde do día que creo que bastante pouco, bastante pouco ten que ver por onde foi a digresión e dende logo eu quédome posto a escoitar cousas sobre e financiamento local e demais, quédome co discurso do seu compañeiro ex-presidente da FEGAMP, Sr. Crespo, que exactamente non coincide co seu, ou sexa, que o financiamento dos concellos vai a depender que haxa fondos europeos ou non a través do POL, hai un problema gravísimo de financiamento dos concellos, de competencias e de financiamento, un problema gravisimo e vostedes aquí encasquilláronnos o POL, que é efectivamente, unha falta de fondos europeos repartidos, podemos criticar a forma de repartilos ou non, pero o que está claro é que houbo un recorte e quedaron aí, dende logo a ver se afinan un pouco o discurso, se se centran e demais, e sobre todo tamén a ver se nos centramos no punto da orde do día, senón debatemos do que faga falta, do que faga falta, non hai ningún problema porque para iso estamos aquí, e entón todos sacamos músculo demostrando que á parte de ata lernos ou traer preparado máis ou menos o punto da orde do día, pois seguimos, analizamos a política mundial, nos lemos varios periódicos, lemos entre liñas e somos capaces aquí a defender non sei canto. Eu dende logo, é máis, dígolle unha cousa, eu pásoo mellor, pásoo mellor, mire e xa que vexo así cara de aprobación, miren vostedes, ou sexa, o que sucedeu a partir dos anos 80 coa revolución conservadora, que lle chaman, chámese Reagan, chámese Thatcher, e co corrimento absoluto que houbo nos posicionamentos estatais e socioeconómicos, e que pasou a ser, e todos o sabemos, pasou a ser o que era unha, incluso unha dereita caritativa que incluso tivemos que escoitar, pasou a ser liberal pura e dura e incluso a social democracia pasou a ser socioliberal, e presumíamos, presumíamos e era un éxito público, verdade, de que o especulador-triunfador era o paradigma, fora millonario ou fora menos, era o paradigma social, verdade, é perverso, é perverso, é inxusto, é unha auténtica falcatruada, que levara ó mundo a que haxa máis xente que morre de fame, e que nunca, cando sobraban recursos, e agora chegou ó centro do sistema e esta cantidade de tal, é inxusto, é inmoral, é absolutamente inmoral o que se estivo a facer, e creo que é o momento de replantexarse esas bases, non de tapar os efectos da crise que hai que tapalos, evidentemente creo que aí a nós ninguén nos pode dicir que fomos os primeiros que puxemos medidas en marcha, senón de cambiar en bastante profundidade ese sistema que prima a pura especulación en contra da economía produtiva. Iso, esa é a nai do, esa é a nai do año, e se quere falamos por aí, e todos eses gurús da escola de Chicago, verdade, e todos estes socioliberais de Gordon Braun e máis Busch e demais, agora papá Estado que lle resolva, ou sexa, primeiro incháronse a facer cartos e era o paradigma social, verdade, especule vostede e senón especula é que é tonto, especule vostede, dedíquese á enxeñería financeira e inmobiliaria e especule vostede, ese é o paradigma social que vostedes aplaudiron e que teñen bastante que rascar, incluso citou vostede un antes aí que está de cabeza nese mundo. Bueno, pois, o Sr. Pizarro ou outros polo estilo, verdade, todos eran, todos eran uns grandes héroes sociais e demais, iso é o que estivemos inculcando á sociedade, ou sexa, a podredume con respecto ó que debe ser unha vida digna das persoas de dereito ó máis básico, non que unha persoa cobre cincuenta veces cen ou cincuenta mil veces, esa é a base da crise, esa é a base, agora, quere este debate, non se preocupe, e falámoslle dos ciclos de contrajet se quere, por aí exactamente podemos sacar todos os músculos demostrando que estamos enterados, formados, e que nós lemos e sabemos por onde vai o mundo por desgracia, este desastre, verdade, esa economía feita á medida de certos postulados absolutamente antisociais a onde está levando á sociedade, agora, mentres lle estivo pasando no terceiro mundo, bueno, pobriños, a ver se os controlamos e que non veñan nas pateras, agora cando pasa aquí, entón nos enzarzamos, e o que hai que facer de verdade é cambiar o fondo do sistema, para iso houbo unha, xa sufrimos unha cumbre de Washington, ¿que significou a cumbre de Washington?, quietos parados, o sistema tal e como está hai que salvalo, ¡e que sega especulando salvaxemente!, unha auténtica barbaridade, nós non comulgamos con iso, pode estar seguro, ou sexa, o que hai que cambiar é o sistema e non os vexo, non os vexo en absoluto senón todo o contrario, propoñendo que se reforce e demais. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, pois xa o Sr. Mosquera nos deleitou, non sei se é pola proximidade da campaña electoral, se é pola proximidade do carnaval, ou algo así, pero vamos eu creo que o importante é o problema e o problema é grave, é grave que lle afecta a persoas, exactamente como se di agora mesmo con ollos e caras. D. Julio Alén, vostede creo que quere replicar todo iso. Adiante. Sr. Alén Montes.- Moitas gracias Presidente. Eu me imaximo, para empezar, que o Sr. Quintana se haberá quedado moi ben despois do seu mitin que acaba de dar aquí. Señor, non sei se lle chamei Quintana ou Mosquera, creo que me equivoquei. Sr. Mosquera, eu recoméndolle que, estamos en precampaña e pois iso, o que fagan, como lle chaman os do bloque “charlas informativas”, e estes días que aproveite para dar mitins, porque o que acaba de facer parecía máis un mitin que unha intervención aquí nun Pleno. Vamos a ver, primeiro, por favor colla o reloxo e póñao ó día Sr. Mosquera, estamos no ano 2009, non estamos nos anos 80, onde estaban Reagan e Thatcher. Se isto vén de Reagan e Thatcher quere dicir que todos os políticos que viñeron despois, todos somos unha pandilla de inútiles, porque ¿como despois de vinte anos non fomos capaces de arranxar o que fixeron eles mal?. Entón, por favor, esa é unha especie de dicirnos que inútiles somos todos, entón, eu non sei se ese ataque foribundo a Reagan e Thatcher, que vostede ten tanto aí na cabeza, se pode contrapor con outros grandes políticos que o Bloque venera, coma o señor que anda por alí por Venezuela, eu non sei se é Presidente, Primeiro Ministro ou que é, un gran demócrata, unha persoa tremendamente respectuosa e sobre todo tolerante, o Sr. Hugo Chávez; ou non sei se falamos do sistema Fidel, que tamén é un sistema moi bo, a ter en conta, os niveis como sabedes en Cuba son impresionantes, sobre todo dende que facemos viaxes a Consellería de Cultura e gastamos dous millóns de euros, ó mellor foron eses dous millóns de euros que lle levamos para alá, para unha viaxe, fai un ano, e que lle axudou e agora o sistema de Fidel Castro é mellor. Por certo, terán que explicar porque este ano soamente “gastan” cincuenta e tres mil euros, está a cousa moi descompensada, debía ser que cando os criticamos por ese despilfarro o PP tiñamos razón. Pero bueno, eu creo que non é cuestión de falar nin de Reagan nin de Thatcher, nin deses outros políticos que poderíamos contrapor ou poderíamos falar tamén, xa que falamos dos anos 80, porque se mal non recordo o muro de Berlín caeu no ano 1989, podemos falar do sistema que tanto defendía o Bloque, a esquerda deste país, que era o sistema soviético, que por certo durou ata o ano, ata que un tal, un Presidente ruso moi famoso, coa Perestroika, como vós sabedes, se cargou o sistema que o único que producía era fame e miseria. Pero bueno, hai que ter memoria, eu non é que teña moitos anos, pero bueno, vivín iso e tocoume vivilo, e aqueles rojos que había por aquí, eu teño varios amigos que aínda están, hoxe están evolucionados, están cambiando, porque algúns non se enteraron neste país que o muro de Berlín caeu, por favor, a ver se nos enteramos, o muro de Berlín caeu, recoméndovos unha película moi boa, por certo, non feita en Hollywood, chamada Goodway Lennin, repito Goodway Lennin, por favor, unha película moi interesante, hai que vela, hai que vela, e así nos poñemos ó día. Pero vamos a falar da nosa realidade, do que nos compete, e o que nos compete, como ben dicía o Sr. Mosquera, é o que temos aquí, é o que temos aquí hoxe, e hoxe os periódicos poñen que hai 200.000 parados máis, así é D. Emilio, eu non estou en contra do plan que veu de Madrid, eu non estou en contra, o que pasa que eu critico ese plan porque ese plan non é o que se pretende vender, a min todo o que se faga nos concellos paréceme moi ben, agora digamos de onde veñen os cartos dese plan e contemos por favor toda a política, sabedes que a peor das mentiras é unha verdade a medias, é a peor das mentiras, entón vamos a dicir, e lle poño por certo o exemplo dese concello, ese concello en concreto, D. Emilio, que se sumamos catro anos do POL é superior ó que lle deu Zapatero é o concello de Cerdedo, por exemplo, pode comprobalo, á parte está aquí o alcalde que despois llo explica, perdón, Cerdedo. Entón o pode comprobar vostede mesmo, porque son contas, os alcaldes estamos encantados que se fagan obras, porque obras son servizos para os veciños, porque os que lle damos servizos directos ós veciños somos nós, saneamento ¿quen llo dá?, o concello, abastecemento de auga, o concello, recollida de basura, o concello, alumeado, o concello. Entón nós somos os máis interesados, porque ademais nós somos quen pomos a cara fronte ós veciños, entón como temos que por a cara e como temos que dar conta de todo o que facemos, sobre todo nos concellos canto máis pequenos máis damos a cara, porque ademais a xente ten máis acceso a nós, nos interesa que haxa inversións, pero eu vou facer agora unha pregunta concreta, Sr. Mosquera e Sr. González, non lle vou chamar Emilio, Sr. González, moi, moi concreta, e reto a que a contesten claramente, nitidamente, hoxe aquí diante de todo o mundo, ¿vostedes están, vostedes están de acordo co gasto que se leva feito na Xunta de Galicia, nesas sillas, nesa mesa, nese vendanal e nese coche?, quero que contesten, vostedes están de acordo en que se metan eses cartos, vamos a falar agora de cousas concretas, despois Mosquera me vou ó tema teórico, político, económico, e volvemos ó teu, hai tempo para todo. Entón, pero é que hai preguntas directas, porque eu voulle dicir unha cousa, se iso o fixera o Sr. Fraga cando estivo me parecería fatal, e dígoo publicamente, estaría totalmente en desacordo, estamos falando de gastos de hoxe, de noticias de hoxe, eu non me vou ós anos 80, eu quero falar de Pontevedra hoxe, de Galicia hoxe e de España hoxe, vamos a falar de hoxe, por favor, vamos a falar da era Thatcher e da era Musolini, ou senón vamos ata a Roma se queredes, e falamos de Nerón e das poesías e de Marco Aurelio. Non, vamos a falar do que nos compete, e temos unha responsabilidade hoxe, porque a xente cando non ten traballo é hoxe, e cando non ten prestación de desemprego é hoxe, e cando lle ten que facer a comida a nai que está na casa ó fillo é hoxe, entón, por favor, sexamos un pouco serios, eu sei, eu sei que todas as persoas que están enfronte, están en desacordo totalmente co que se está facendo na Xunta de Galicia, totalmente, bueno, Quintana xa o demostrou, el di que non sabe nada, é Vicepresidente da Xunta pero non sabe nada, manda narices, vamos, Vicepresidente da Xunta e non sabe nada diso. Gustoume moito ese regate en curto pero é un regate moi malo, hai que ver moito ó amigo Mesi para que aprenda iso dos regates, porque ese non vale nada, ese é tropezar coa pelota, oe, vamos a ser un pouco serios, entón se somos Vicepresidentes ou o somos ou non o somos, señores do Bloque, cómplices, cómplices destas actuacións señores do Bloque, o que eran e o que son, se o Bloque chega a coller esta noticia na oposición menuda ía a montar, vamos, ía a arder aquí San Quintín. Pero agora estades aí, estades no coche oficial, vivides ben, hai que estar caladiños, home, non pasa nada, non pasa nada, pero que importa que haxa crise, pero que importa, nos vamos a irnos a Oxford, non a culturizarnos, non a ilustrarnos, porque Oxford que eu saiba é famoso por iso, pois dende agora non, Oxford señores non é famoso, amigos periodistas este é o titular, Oxford deixou de ser famoso en Galicia pola dignisima e grandisima universidade, agora é famoso porque parece que fan unhas sillas impresionantes. Entón estamos cambiando culturalmente á xente, esta nova xeración de rapaces cando escoiten Oxford, non, non, Oxford universidade non, a min non me sona, a palabra Oxford non vou a asociala a universidade vou a asociala a sillas. Estamos nun momento impresionante, impresionante, eu creo que os humoristas deste país, tanto os gráficos coma o resto vanse por, vanse por, vamos, as botas. Eu teño curiosidade realmente como serán esas sillas, é impresionante, é impresionante. E o vendanal, o vendanal que se pon opaco se lle tocan un botón, pero vamos a ver, pero isto, pero vamos a ver, perdestes o norte, o sur, o este, e u oeste, ou perdestes a vergonza, que foi o que perdestes, sexamos serios, vamos a traballar honestamente e vamos a facer cos cartos públicos o que hai que facer, e por favor contestarme iso, eu quero que me digades os dous Portavoces se estades de acordo con iso, eu só digo de antemán, se o fixera unha persoa do Grupo Popular digo públicamente que estaría totalmente en contra, porque iso chámase despilfarro e punto, non teño nada máis que dicir. Pero agora a ver se tedes a valentía de recoñecelo, me imaxino que non a ides a ter, pero se a tendes me alegraría. Iso é falar de hoxe, iso é falar da Galicia hoxe, de Pontevedra hoxe, e de todo o que estades facendo, o tema do financiamento que estaba falando o Sr. Mosquera dos concellos e de todo iso, vostedes non digan que non teñen nada que ver con Madrid, vostedes en Madrid cando lle interesa teñen poder. Un dos grandes políticos, eu creo que incluso mellor que Thatcher é unha tal Magdalena Álvarez, aquí, en Galicia coñecémola porque o Bloque evitou a súa reprobación, é un tema moi grave, porque a Sra. Magdalena xa sabe como leva tratado a todos os galegos, pero o Bloque, aí Quintana sacou unha foto, vanme dar non sei canto. Mire, Galicia non se vende por un plato de lentejas, non se vende, non é serio, pero, é que eu repito, eu, do Bloque sobre todo esperábame coherencia, porque vós falades que tendes unha ideoloxía, uns principios, eu creo que dende que chegastes ó poder adiós, nin principios, nin nada, moito burgués, moito coche oficial, non sei cantos teñen, teñen un feixe deles, e gasto, gasto o que faga falta, o que faga falta, e se o fai o outro, non, é que é o outro, é dicir, o Sr. Quintana ten unha grande virtude, cando lle dá a gaña desconecta e non é Vicepresidente da Xunta, aínda que había que saber, eu desconfío que realmente, Touriño debeu chamarlle a Quintana e dicirlle, oe, que tal se compramos as sillas en Oxford, porque ó mellor claro, como son da marca Oxford, pois íanse vender mellor. Pero bueno, iso nos boletíns que manda o bloque por aí, me imaxino que o tema da silla, do vendanal, bueno, e a última, a fresca, a de hoxe, o metro cadrado da plaqueta, señores periodistas supoño que xa o saben, o metro cadrado da plaqueta vale catrocentos euros, vale catrocentos euros. Iso é impresionante, nin a época da porcelanosa coa Presley, vós superades todo, sodes uns fenómenos, eu quero pisar por curiosidade, oe, por que non facemos un museo desa sala, un museo do despilfarro galego e levamos alí ós rapaces e á xente, exemplos do que non se debe de facer, si sobre todo os parados e a xente que, bueno, desgraciadamente non teñen que facer. Eu vou propoñer, de feito o propoño xa espontáneamente, Sr. Presidente, vaille mandar unha comunicación ó dúo dinámico, quero dicir, ó Sr. Quintana e ó Sr. Touriño, unha proposta se tal, igual a traio aquí como moción no próximo Pleno, para que a sala do consello da Xunta, tomen nota por favor, se converta no museo do despilfarro galego, bueno, e o que virá aínda, porque ó loro, ó loro, noticia xa que me están, é que me mandan mensaxes, debe ser polo tema da espionaxe, estanme dicindo que o equipo de música, vós á parte sodes do mundo de imaxe e son e sabedes o tema, parece que vale millón e pico de euros, vamos, isto nin Spilberg, unha maravilla, unha maravilla, eran os do cambio, eran non sei que e tal e cal, vós o día que pensedes o que levades feito nestes catro anos vaivos a entrar unha depresión, que vamos, vades estar seis meses de baixa, porque realmente é triste, tanta expectativa, tanta idea, tanto suposto idealismo ¿para que?, para non facer nada. Eu agora dígoo, estouno dicindo coma un veciño normal, non, xa non falo nin como Deputado nin coma Alcalde, non, sodes unha excepción, sodes a historia dunha excepción, pero a todos os niveis. E o Sr. González sáltame co tema da espionaxe de Madrid, Sr. González unha pregunta, se en Madrid se espía ou se deixa de espiar ¿iso aféctalle algo á economía do país?, non, me temo que non Sr. Emilio, me temo que non, non me veña con cortinas de fume Sr. Emilio, non me veña con cortinas de fume, vamos a falar do básico, vostede escoitou falar da pirámide de Maslow, me imaxino que si, ¿verdade?, ¿sabe cales son as necesidades primarias en Maslow, verdade, ¿que é?, pois comer, satisfacer as necesidades básicas, entre elas é comer, e comer ten moito que ver coa economía, deixemos agora se a min me espían e me deixan de espiar, á parte é un tema dos de Madrid, por certo, creo que xa está a Fiscalía investigando, cando sala iso pois que se tomen as medidas e punto, eu non teño nada máis que dicir, aí non se fala máis, por favor, non saquemos o tema da espionaxe, iso non ten nin pés nin cabeza, iso é unha cortina de fume e xa está, porque non queren falar de Galicia, non queren falar dos parados, non queren falar do despilfarro, impresionante o Sr. Mosquera, se Thatcher, se Reagan, non sei que, non sei canto, bueno, impresionante Sr. Mosquera, quedouse de maravilla, agora resulta que despois de Thatcher e Reagan non houbo políticos, porque pasaron vinte anos, non sei onde estivemos o resto, non sei onde estivemos. Por certo, o Partido Popular, Sr. Mosquera, tome nota, xa demostrou no ano 1996 como se levantaba un país, e voulle contar a miña experiencia vital, eu neste ano 1996, que nese momento tiña vinte anos Sr. Mosquera, isto dígoo sinceramente, eu estaba convencido de que España era un país de parados endémicos, o problema do paro estaba convencido de que non tiña solución, non sei se foi porque o Sr. González estivo catorce anos no poder, non sei se me afectou aquí o Partido Socialista unha vez máis, e “milagrosamente”, o problema do paro neste país arreglouse, fomos durante moitos anos o país que xerou máis traballo na Unión Europea, moitisimos anos. Polo tanto, tamén o digo, esta crise señores ten solución, claro que ten solución, eu son optimista, ten solución se a xestiona quen a ten que xestionar, está claro. O que si se demostrou historicamente é que a palabra PSOE podémola asociar a moitas cousas, pero a unha delas inherentemente é a parados, sodes especialistas os do PSOE en fabricar parados, é unha maravilla, alí onde chegades, bumba, ¡eh!, oe, pois é unha das atribucións que tendes, que vamos a facer. Eu repito, no ano 96 o Partido Popular colleu este país en estado lamentable e cando o deixou estabamos ó lado dos grandes, estábamos segundo os economistas no posto oito, agora creo que estamos no posto trinta. Bueno, en niveis educativos xa non digo nada, que podía falar tamén do tema educativo. Pero bueno, me din que fale, non sei se falar tamén do tema educativo, porque por certo no tema hai que dicilo, no tema educativo tiñamos un dos mellores bacharelatos do mundo comparado co francés e dende que o Partido Socialista se dedicou a facer leis de educación, agora sabemos ler, escribir e pouquiño máis, porque a lei da calidade, porque todo o que sexa calidade é malo, esa houbo que tirar con ela, aquí creo que hai unha persoa que tamén é do mundo da docencia, a famosa LOGSE, ¡que fábrica de analfabetos!. Bueno, eu se queredes, que contesten algo, podería seguir falando, só digo, repito e teño que recordar ó mellor economista recoñecido ademais mundialmente, que o temos aquí en España e que nos podía votar unha man, que é o Sr. Rato, hai que por favor pedirlle que veña, porque xa o demostrou, xa o demostrou, Sr. Emilio, Sr. González, quero dicir, xa o demostrou, para vós non, aquilo non eran postos de traballo, cando unha persoa nega a evidencia, é un tema moi grave, é un tema moi grave. E, Sr. Mosquera, Reagan e Thatcher, bueno un xa é un difunto, que descanse en paz o Sr. Reagan, a Sra. Thatcher non sei por onde anda nin tampouco me importa moito, pero mire vostede, pasaron vinte anos, estamos nós aquí, vamos a ser serios e vamos a traballar e vamos a gañarnos os salarios políticos, porque senón somos unha pandilla de inútiles, vamos a falar da actualidade, eu sei que para o Bloque é duro neste momento, neste momento, con certos datos que hai e algún día tamén lle preguntarei xa que a Consellería de Cultura creo que é especificamente do Bloque, eu quería saber, pero cando poida, hoxe non Sr. Mosquera, que me conte como foi esa viaxe tan romántica, tan bonita, tan impresionante a Cuba, paradisíaco, clima tropical, e sobre todo eses dous millóns de euros, ¿onde os meteron?. Porque tamén lle recoñezo unha cousa, menuda baixada de dous millóns a cincuenta e tres mil euros. Iso é unha, e con isto termino por agora senón hai máis intervencións, esa é unha das razóns porque neste país hai crise, porque os cartos non están onde teñen que estar, os cartos están onde citei eu hoxe, no museo do despilfarro galego. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Julio Alén. Quere intervir D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Deputado, eu a verdade é que facía tempo que non oía a un cargo público do Partido Popular dicir tan claramente que o Sr. Rajoy non lle serve para nada, e dicir publicamente e chamar publicamente ó Sr. Rato á aparición xa no país. É a primeira vez que llo oio dicir a un cargo do Partido Popular, a verdade é que por riba que isto se produza no Pleno desta Deputación, que hai anos presidiu o Sr. Rajoy, debe ser moi duro para el, durisimo. Ademais diso, mire, ¿que quere que lle diga?, me apuntaba algún compañeiro ou algunha compañeira por aquí, que o da enseñanza que vostede lle tiña tanto cariño e tal debeu ser cando desapareceu unha asignatura que se chamaba “formación del espíritu nacional”, que debe ser o tempo ó que vostede facía referencia, debe ser ese, porque claro nos estaba situando nuns tempos importantes. E ademais é certo que polas súas intervencións parece que vai por aí. Ademais diso, home é certo que dicía vostede que se caeu o muro de Berlín, e é verdade, pero tamén é verdade que en setembro do ano 2008 tamén se caeu a política neoconservadora no mundo, é dicir, téñao en conta tamén para a próxima vez, é algo do que non se fala moi habitualmente pero que está aí. E ¿que quere que lle diga?, eu onte escoitei ó candidato que teñen vostedes á Presidencia da Xunta de Galicia, e a verdade é que empecei a pensar que o home debía estar un pouco equivocado porque dicía, claramente ademais, falando do tema este das compras e demais historias, e da política de austeridade que sempre levou adiante o Partido Popular alí onde gobernou e cando gobernou, e dicía este home, dicía onte, que el se fora Presidente o primeiro que faría sería comprar os coches Citroën que son os que se fabrican en Vigo e en Galicia, dicía, e claro, eu a verdade é que me puxen a pensar, home, este home que hai cinco anos estaba no goberno deste país, que eu sepa, que eu sepa os coches oficiais da Xunta eran Audis, é dicir, non eran nin a C-15 nin o Peugeot Partner, que son os que se fabricaban en Vigo naquel momento, nin un nin o outro. E case postos a recordar e a constatar agora mesmo creo que o coche da Deputación, o coche oficial do Presidente tampouco vai por aí, tampouco é nin unha C-15 nin un Partner, creo que tamén vai pola Audi, ¿non?, creo eu. É dicir, miren, miren, miren, ou foino no seu tempo, non se preocupe, ben, miren, miren, xa, xa, non, non, e os da Xunta son todos. Miren, o que si é certo, o que si é certo, que claro, home, falar de gastos e demais historias alguén ou algunha forza política que se mete naquela historia da cidade da cultura e do Monte Gaiás e tal, home, ¿que quere que lle diga?, hai que empezar a ser máis sensatos e máis serios, señores. E para rematar, dicía un compañeiro meu hai un momento, dicía el, e ten toda a razón do mundo, dicía “e todo este follón porque o Partido Popular é incapaz de pedir desculpas”, pois subscribo o que dicía o meu compañeiro, é dicir, miren, e todo isto, todo este debate que non tiña nada que ver co punto da orde do día, porque eu lle solicitei que lle pediran desculpas ós concellos. Por Dios bendito, é dicir, se vostedes non o queren facer, se vostedes non o queren facer, o Grupo Socialista na parte que lle toca si lle vai a pedir desculpas ós concellos por só darlle catro días esta Deputación para facer o Plan de Obras e remitilo á Deputación. E agradecerlle, volvo a repetir, e agradecerlle ós concellos que dentro do traballo que tiñan co tema do plan, do Goberno de España, do plan anticrise do Goberno de España, se lle engadira este só con catro días. Simplemente, eu si que vou a facer esas dúas reflexións da miña intervención e nada máis. Non vou a seguir intervindo porque se seguimos por ese camiño vamos a estar aquí ata pasado mañá, e curiosamente con algo que non ten nada que ver, pero en absoluto, en absoluto, co punto da orde do día, pero bueno, se queren seguir por min non hai inconveniente. Nada máis. Vamos a votar a favor do expediente. Sr. Presidente.- Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente, isto vai a mellor. Eu só quería facer unha pregunta inocente, aquí este debate quen o desencadeou foi o Portavoz do PP como creo que quedou clarisimo. Eu o que quería preguntar é, dígoo pola miña propia saúde, non, pola nosa propia saúde, e se agora as augas de Mondariz teñen algún tipo de compoñente, algún tipo de compoñente psicotrópico descoñecido que provoca que cando se fala do PPC rematemos falando doutra cousa. Evidentemente se vostede fala nós tamén vamos a falar. E pode suceder que teña esa compoñente, oe, igual é explotable, igual dicir, é vostede pouco falador, fala vostede de todo, bueno entón nada, é pouco falador e quere coller ese tal, toma auga de Mondariz e dálle francamente ben e desataráselle a verborrea sobre todo falando do que non vén a caso. Pero vostede fixo tres referencias moi expresas, como un gran recurso dialéctico dunha pregunta directa e non sei que, un recurso moi vello e moi gastado, e demais, creo que tamén, oe, igual tomaron todos os seus compañeiros augas de Mondariz e entón pásanlle notas e tal e entón isto vai bárbaro, unha cousa absolutamente, absolutamente espléndidos, agora, ¿que tocou antes?, tocou economía, sanidade, educación, agora igual toca sanidade, algunha outra cousa, bueno, preparémonos, preparémonos. Pero voto en falta, voto en falta unha defensa do seu programa para a crise, moito meterse, pero repito, aquelas máximas do decálogo de Ciudad Real, parece que non o aplicaron nin queren facer referencia a el. Seguen insistindo no de Magdalena Alvárez, pois mire vostede, non terxiversen os feitos, foi unha reprobación por unha actuación en Cataluña, primeira cuestión. E segunda cuestión, o seu Portavoz na Comisión de Infraestruturas do Congreso dixo textualmente que se estaba favorecendo a Galicia discriminando a outras zonas do Estado. Son feitos, son feitos e entón non me terxiverse os feitos e mire as cousas. Con respecto a como deixou o PP este Estado e demais, evidentemente deixouno en primeira, deixouno na cumbre das Azores, deixouno na cumbre das Azores, con Busch e Blair, aí o deixou, pero é que o tempo ás veces desgasta, cambia as cousas, dálle outra perspectiva, iso foi como o deixou. E pregunta vostede que opinión nos merece certo tipo de eventos, ¡ah!, pero oculta outras, curiosamente, curiosamente, dos que temos coñecemento fehaciente e con datos contrastados, contrastados, que é o que ten este humilde Portavoz, resulta que o que teñen que facer é meter o rabo entre as pernas, porque non citou a neverita de Quintana, o ridículo espantoso que fixeron con iso, por exemplo, por exemplo, claro que está aclarado, cousas que están sen aclarar, que lanzan a ver se se aclaran, pois mire, se realmente é como vostedes contan, pero credibilidade teñen cero porque xa teñen feito o ridículo unhas cantas veces con esas denuncias, entón evidentemente direi que non me parece ben, obviamente, obviamente, pero claro, teño que telos datos contrastados, e cando os temos, o outro día por exemplo no concello de Pontevedra criticaron que unha comida da Feira Franca custara 3.000 euros, o despilfarro maiúsculo, ¿e sabe que era?, que todos os voluntarios que colaboran na Feira Franca, que chegan a un cento, o único que se lle paga é unha comida, miren, unha comida, igual, se están máis dun día, máis dun día, e ese era o gran despilfarro, era un aforro seguramente de cen ou douscentos mil euros ó concello. Claro a min se me din se realmente é así e un se vai polo luxo e non sei que dunha maneira disparatada nós ímolo a criticar, pero claro a credibilidade que teñen vostedes, pois mire polo menos non está contrastado. Eu non sei se o vendanal é cambiarlle as ventás a toda a Deputación ou é un vendanal dun metro, claro un vendanal dun metro pois diría, home, é excesivo, claro, moi excesivo e dende logo criticable, claro, non teño eses datos, dende logo se os tivera non teño ningún, absolutamente ningún problema. Pero miren, teñen un problema, están moi nerviosos e non é bo, non é bo, transmiten un nerviosismo que non ten ningún sentido, á parte fano, é unha tendencia universal súa, de vostedes, cando chega un período electoral, de que nos van convencer aquí, ¿aquí van a convencer a alguén?, ¿van a convencer a alguén?, estamos falando do PPC, estamos falando de que mandaron tarde un aviso, punto, non hai máis, o que queren é abrir debates que eu creo que o que demostran é nerviosismo, ou se cadra, o que é peor de todo, nos están utilizando aquí como sparrings a ver se o discurso lle sae ben. Pois mire vostede, ¿quere un consello?, se o que quere é soltar ese discurso nun mitin organíceo, sintetíceo, e déalle tal, agora se lle serve este exercicio pois alegrémonos todos, que hai que ter bos mitineros, que o país tamén se fai con mitineros. Entón se quere un consello, organíceo ben, reordene, sexa máis sintético e non diga cousas que non sexan cribles, porque a xente pódelle aplaudir, os forofos, cousas que non son cribles, pero, ¡uh, uh, uh, uh!, non, iso tal, pero ó final iso non convence a ninguén, ó contrario, non convence, dígoo se o quere como consello, xa que nos usa de sparrings aquí para falar de todo o habido e por haber e da campaña, pois, Sr. Presidente eu pediríalle, téñollo pedido unhas cantas veces, por favor, que os debates, modere vostede e céntreos, se quere, senón seguimos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Pero se foi vostede mesmo o que se foi alá á Thatcher e a Reagan e todo iso, eu non lle vou, se quere lle corto a palabra cando se pase de anos hacia atrás, dígolle, céntreseme Sr. Mosquera no debate do momento e non se me vaia vostede polos cerros de Úbeda. Pero ten a palabra neste caso, que creo que quere replicarlle D. Julio Alén, con auga de Mondariz. Sr. Alén Montes.- Moitas gracias Presidente. Bueno, despois, xa contesto con máis calma ó de augas de Mondariz, pois dicir que son de Mondariz, son o alcalde e estou orgullosisimo, é a terra máis fermosa do mundo e a auga por suposto que tamén é a mellor, pero despois lle contesto sobre ese tema, polo tanto a recomendo e tamén felicito á Deputación por usar auga de Galicia, auga de Mondariz, aquí nesta casa. Pero vamos a contestar ó que se me dixo, ó que dixeron os dous Portavoces do PSOE e do Bloque. Vamos a ver Sr. González, Sr. González, vamos a por as cousas ben claras, eu cando dixen antes o do Sr. Rato falaba do Sr. Rato como Ministro de Economía, eu estaba falando de economía, entón por favor, eu quero que vostede me entenda ben, non intente cambiar, eu apoio ó Sr. Rajoy totalmente, ten todo o meu apoio e o apoio deste partido, pero estamos falando de economía, entón, está claro que se hai un experto neste país, recoñecido mundialmente coma un dos grandes economistas, mundialmente senón non estaría no FMI como estivo, é o Sr. Rato. Entón, iso que quede ben claro, apoio total ó Sr. Rajoy, estamos con el, ademais é un paisano de aquí, desta vila de Pontevedra, entón, bueno, unha vez aclarado iso paso ós seguintes puntos. Vostede faloume dunha asignatura Sr. Emilio que eu descoñezo e eu nin tan sequera a din nin como alumno nin por suposto a expliquei, “formación del espíritu nacional”. Eu afortunadamente Sr. Emilio “nacín fai pouco”, e entón eu si digo a verdade, eu o franquismo non o vivín porque cando o Sr. Franco morreu eu era un neno, era un cativo e entón non o vivín. Polo tanto o sistema que eu tiven educativo, a xente da miña quinta vai saber perfectamente cal é, foi a antiga EXB, EGB, Educación General Básica que se chamaba, BUP e COU, ¡eh!, e máis tarde Filosofía, pero iso foi o de toda a vida, porque aí creo que non cambiaron as asignaturas. Polo tanto, eu son fillo dun sistema educativo, por certo boisimo, boisimo, soamente, soamente hai que recoñecer que houbo antes dese un bacharelato que se dicía que era incluso mellor que o famoso BUP e COU, pero BUP e COU o nivel, o nivel que daba ós alumnos era fenomenal. Bueno, despois outra puntualización que teño aquí apuntada, e non quero falar de coches Sr. Emilio, eu xa dixen o dos coches, eu o que me pregunto, unha reflexión que facemos os galegos, está claro que o político máis importante do mundo é o Sr. Obama, razóns obvias, non, o Sr. Obama está na casa blanca, Estados Unidos, primeira potencia económica mundial e tamén militar, por certo. O coche do Sr. Obama, último modelo, uns blindaxes antimisiles, un sistema impresionante, 20 cm. de blindaxe de ancho, bueno, antimisiles, custou 300.000 euros. A miña pregunta é ¿por que o de Touriño custou 150.000 euros máis?, esa é a miña pregunta, é unha pregunta normal. Que, vamos, eu pregúntome, o de Touriño ¿que pasa?, que é anti bombas atómicas ¿ou que?, porque é o que falta xa, eu non sei se vos molestan estas preguntas, pero oe, é que son datos recoñecidos á parte polo propio goberno, Sr. González, e esa tamén vai para o Bloque, voulle dicir claramente, mire, estiven e sigo estando en contra, eu persoalmente, da cidade da cultura, pero eu sempre estiven en contra, cando estaba o PP e agora, desa obra faraónica, ¿sabe que diferenza hai?, que vostedes estaban en contra e cando chegaron ó poder non soamente a apoiaron senón que ademais a potenciaron, entón os argumentos sobre a cidade da cultura do PSOE e do Bloque están mortos, non me volva a falar diso senón houbérana paralizado e punto. E agora chegamos ó tema, ¡ah!, bueno, o tema da cumbre das Azores, Sr. Mosquera, a min non me fale de Busch, a min Busch paréceme, paréceme non, foi o peor Presidente da historia dos Estados Unidos e quizás un dos peores Presidentes da historia da humanidade. O que pasa que hai unha diferenza, eu xa o dixen por escrito antes de que chegara ó poder. Por certo, culpa diso tívoa un tal All Gore, que anda agora vendendo aí unhas motos de cambio climático, que non foi capaz de gañarlle, que iso foi o triste, iso foi o triste, porque All Gore se cre, falamos de historia, All Gore herdou unha das mellores situacións de Estados Unidos con Clinton, e despois chegou un tal Busch que non valía para nada e non foi capaz de gañarlle as eleccións, pero que triste. Bueno, e agora vamos a falar de augas de Mondariz, e non sei se ten substancias psicotrópicas ou non sei que ten augas de Mondariz, eu o que lle digo é que as troitas no río Tea, as troitas, os salmóns e as lampreas que temos alí e os muxes, por certo o río Tea é un río impresionante, estades todos invitados a velo e teño un sendeiro por el precioso, é un sendeiro que respecta totalmente o medio ambiente e non ten nin cemento, non ten asfalto nin ten nada, é un sendeiro, un camiño destes de toda a vida, estades todos invitados, porque á parte agora dende a fronteira con Covelo ata Ponteareas xa está feito, ese río sabedes que é un río que está pegado a augas de Mondariz, pois nese río sae o gas natural que lle dá a vida a esta auga, pois os peixes beben tamén ou toman tamén ese gas, saen as burbullas e eles van alí e toman aquilo. Entón eu recoméndovos que bebades augas de Mondariz porque como ben di o eslogan, “se queredes ser felices tedes que tomar augas de Mondariz”. É que é unha maravilla, pero ademais estades invitados, isto vai en serio, a que veñades por favor a prensa, e así tamén facedes unha reportaxe sobre o río Tea, e damos un paseo alí polo sendeiro, iso, por certo, Sr. Mosquera e Sr. González, é super relaxante, a min o que máis me relaxa nesta vida é pasear pola beira do Tea, teño dous cans, lévoos comigo, e oe, é unha maravilla aquilo, de verdade me quedo como Dios, ¡eh!, impresionante, é que eu creo que Galicia ten moitas esquinas, rincóns, estupendos, e se ademais Sr. Mosquera se enteran algúns señores que se dedican ó comercio de certas substancias, se é certo o que vostede dixo, que isto ten algo psicotrópico, oe, nos vamos a poñer as botas todos, porque podemos ser uns exportadores tremendos. Pero vostede tranquilo Sr. Mosquera que eu llo tomo en plan broma, porque eu sei que vostede non mo dixo por mal, eu sei que vostede no fondo ten así un humor un pouco daquela maneira pero non mo dixo por mal. En definitiva, en definitiva señores Deputados estamos no 2009 e estamos en crise, ese é o problema fundamental. E estamos nerviosos, si, pero tamén indignados, tamén preocupados, porque é indignante, e voulle contar unha anécdota agora, onte tarde-noite fun a visitar a uns amigos, este é un caso real, real, a uns amigos que levaba moito tempo sen velos, e sabedes o que me atopei alí, que tanto el, o meu amigo, como a súa dona, a súa muller, estaban no paro e me dixeron que o mes que vén, en marzo, que deixan de cobrar as prestacións, ese é un tema moi serio, ese é un tema para que un se poña moi nervioso, moi preocupado, e lle interese arreglar isto, esa é a realidade que temos, de acordo. Bueno, nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- A ver Sr. González, eu lle fago caso ó Sr. Mosquera ou lle fago caso a vostede, de que hai que controlar os debates, porque senón se estende demasiado. Digo eu. Sr. Alén Montes.- Sr. Emilio non se corte, eu estou aquí para o que faga falta Sr. Emilio. Eu creo que a dialéctica é fundamental en política. Do diálogo, do debate xurden grandes ideas Sr. Emilio. Sr. Presidente.- Bueno. ¿Quere falar?. Vale, vale. Sr. González Iglesias.- Non, é que, vamos a ver, señores Deputados, eu ía a dicir que, salvando a última parte da intervención, que escoitando a súa intervención teño que darlle a razón ó Sr. Mosquera, non sei se a auga de Mondariz ou outra cousa, pero teño que darlle a razón porque entre os paseos polo río máis maravilloso do mundo e tal, e o dicirlle ós señores da prensa, durante, en tres intervencións, ou en tres partes das súas intervencións, “este es el titular”, “este es el que teneis que poner”, home, creo que vostede hoxe me falla un pouco. Nada máis. Nós imos a votar a favor Sr. Presidente. Sr. Alén Montes.- Vamos a ver, para rematar, eu nunca pretendo dicirlle á prensa os titulares, eu creo que os titulares de hoxe están claros, vou repetilos, dende o meu punto de vista, despois eles van por cada un o que queira, faltaría máis. Para min hai, naceu o museo galego do despilfarro, ese é o primeiro titular, o segundo titular é que o río Tea e o seu paseo é o máis bonito que hai en Galicia; e o terceiro segundo o Sr . Mosquera e o Sr. González, a auga de Mondariz ten substancias psicotrópicas, é dicir, coller o que queirades. Sr. Presidente.- Pois exactamente, xa teñen para elixir. De todas maneiras eu creo que nos deberían traer o mojito para probar a ver como é o mojito e máis a auga de Mondariz, que sería o elemento que falta, creo que é bastante máis barato e poderemos promocionar o noso que nos sairá máis interesante, senón lle preguntaremos a D. Cesáreo Mosquera que nos traia ata aquí un mojito dos que se tomaron alá na Habana. Vamos a proceder polo tanto á votación do punto que tocaba, que era a aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2009 por importe de 6,5 millóns de euros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o anteproxecto do “Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal e estradas do ano 2009” presentado por esta Deputación Provincial, e de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, de data 21 de xaneiro de 2009, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PPdeG e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, aprobar o Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2009, a teor do establecido de seguido: De conformidade co disposto no RD 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das entidades locais, modificado por RD 1263/2005, de 21 de outubro e Orde de 31 de xaneiro de 2006, apróbase o Plan Provincial de Cooperación para o ano 2009, seguindo as seguintes estipulacións: 1) O Plan Provincial de Cooperación para o ano 2009, afectará a todos os concellos da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes. 2) As obras incluídas no Plan seleccionaranse en base ás propostas formuladas polos concellos, adicadas fundamentalmente a cubrir os servizos básicos municipais, que prevé o artigo 26 a), da Lei 7/1985, e as normas do Ministerio de Administracións Públicas. 3) A distribución municipal cífrase en base a un módulo fixo e igual para todos os concellos de trinta mil euros (30.000,00€), e outro proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes de dereito e extensión territorial de cada termo municipal. A cantidade así obtida, co fin de que a achega do Estado non supere o 40%, repártese de tal sorte que sumadas as achegas da Deputación e do Estado fosen igual ó 70%. A parte destinada á rede viaria provincial polo Estado, increméntase cunha cantidade igual por parte da Deputación, a fin de que as obras se financien ó 50%, tal como establece o Real Decreto. 4) Desta maneira o financiamento total queda como segue: ADMINISTRACIÓN IMPORTE Achega do Estado 2.734.141,08€ Achega da Deputación 2.279.096,32€ Achega dos Concellos 1.519.398,32€ Outras achegas 56.394,64€ TOTAL 6.589.030,36€ A cantidade que figura noutras achegas, por importe total de 56.394,64€, é debido a que é achegada a máis polos concellos de Marín e O Rosal e a Deputación Provincial. As obras incluídas no Plan contémplanse no listado de ordenador que se achega. 5) Apróbase así mesmo o Plan de Actuacións Complementarias, facultándose á Presidencia a seleccionar os proxectos e propoñelos ó MAP, para suplir anulacións de obras ou aplicacións de remanentes por baixas. 6) A Deputación delega nos concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Plan. Se por calquera causa algún concello non aceptara esta delegación, deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponda, no momento de serlle notificada a aprobación definitiva. 7) Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente en canto ás normas de exposición pública e participación ás Administracións interesadas. 8) Este Plan considerarase definitivamente aprobado se trala análise polo MAP non se fixeran observacións ó mesmo. Se se nos requirise para efectuar algunha modificación nas obras, por causas imputables ós concellos, que necesitasen acordo de rectificación do Pleno e conseguintemente nova exposición pública e informe da Subdelegación do Goberno e do Presidente da Comisión Provincial do Estado coas Corporacións Locais, estimarase anulada a obra, aplicando as economías como remanentes nas actuacións complementarias, tal como se establece neste acordo. 3.5787.- RECTIFICACIÓN DO INvendaRIO XERAL DE BENS E DEREITOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON EFECTOS 31 DE DECEMBRO DE 2007 Sr. Presidente.- Terceiro punto da orde do día. Rectificación do Invendario Xeral de Bens e Dereitos da Deputación Provincial de Pontevedra con efectos 31 de decembro do 2007. Bueno en principio é aprobar o expediente de rectificación do invendario a data 31 de decembro do ano 2007, que en principio o valor patrimonial que aquí aparece supón 57.740.698,14 euros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Corporación Provincial, en sesión ordinaria de data 28 de decembro de 2007, acordou aprobar a rectificación do Invendario Xeral de Bens e Dereitos desta Deputación Provincial a data 31 de decembro de 2006. O artigo 33 do RD 1372/1986 de 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais dispón que o Invendario rectificarase anualmente, e nel deberanse reflectir as vicisitudes de toda índole sufridas polo conxunto dos bens e dereitos durante esa etapa. Co fin de dar cumprimento ó disposto na norma antedita, elaborouse a preceptiva relación de variacións producidas no Invendario durante o ano 2007. De conformidade co disposto no artigo 34 do citado Regulamento de Bens, o órgano competente para aprobar a rectificación é o Pleno da Corporación. En consecuencia, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade aprobar o expediente da rectificación do Invendario a data 31 de decembro de 2007, por un importe total de cincuenta e sete millóns setecentos corenta mil seiscentos novenda e oito euros con catorce céntimos (57.740.698,14€), co seguinte detalle por epígrafes: EPÍGRAFE BENS VALOR INvendaRIO VALOR ALTAS ANO 2007 VALOR BAIXAS ANO 2007 VALOR INvendaRIO 31/12/07 1º Inmobles 43.248.731,01€ 0€ 0€ 43.248.731,01€ 3º Mobles de carácter histórico, artístico ou de considerable valor económico 3.622.887,44€ 7.250,00€ 0€ 3.630.137,44€ 4º Valores mobiliarios, créditos e dereitos de carácter persoal da Corporación 981.121,91€ 0€ 0€ 981.121,91€ 5º Vehículos 3.809.008,60€ 15.800,00€ 0€ 3.824.808,60€ 6º Semoventes 112.323,00€ 41.577,00€ 0€ 153.900,00€ 7º Mobles non comprendidos nos anteriores enunciados 5.569.283,02€ 346.566,65€ 13.850,49€ 5.901.999,18€ TOTAL 57.343.354,98€ 411.193,65€ 13.850,49€ 57.740.698,14€ 4.5788.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DAS NEVES A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE NON SE ATOPEN XA DELEGADOS Sr. Presidente.- O punto número catro é a delegación de competencias do concello das Neves a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello das Neves na sesión celebrada o día 27 de novembro de 2008 acordou a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 21 de xaneiro de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello das Neves, para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello das Neves, por acordo do Pleno de data 27 de novembro de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. A citada delegación que será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.5789.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Pois teño unhas cantas, non sei se formular unha por unha ou todas xuntas. Sr. Presidente.- Como queira vostede. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, como diga vostede. Sr. Presidente.- Vostede elixe, fíxase, dámoslle facilidades, dígaas todas xuntas e así temos máis facilidade. Si, si, me adapto un pouco ó que vostede di, pero vostede non o cumpre, pero bueno. Sr. Mosquera Lorenzo.- Imos coa primeira, é unha petición para a Deputación, eu xa sei por onde o van a levar pero quero que o teñan en conta, que estamos na Deputación, relativo a Pasarón, despois de advertirlle, pedirlle e recontra pedirlle, resulta que o proxecto reformado tivo entrada no concello de Pontevedra, no rexistro, o 29 de decembro de 2008, practicamente un ano despois de estar aprobado, de pedirllo e de estar, en fin, incluso fixo referencia a este tema, e mentres tanto tivemos que aguantar, houbo que aguantar algo que me parece, e non falo dende o punto de vista do concello senón en xeral, bastante improcedente por parte desta Deputación e dos seus portavoces que están continuamente dicindo que si o concello non sei que, que se mandaron as certificacións, non pagou, digo podería ser o concello de Pontevedra ou calquera outro. Ben, pois despois desa resulta que unha vez comprobado, o 29 e o informe está feito o día 30, máis axilidade imposible, por parte do concello, unha vez comprobadas as certificacións, pois podo ir lendo si lle parece así unhas cantas xoias, a cantidade que aparece no capítulo 3.13 é superior da que consta no presuposto reformado, a cantidade que figura na partida non sei que é superior a tal, nos capítulos taca-taca, dez capítulos certifícase máis cantidade da que aparece no presuposto reformado; na certificación dezaoito, nos capítulos, como quince capítulos, certifícase máis cantidade que a que aparece no presuposto reformado; certificación dezanove, idem. de lienzo, cada vez máis, cada vez máis. Entón xa lle anuncio porque supoño que irán por aí, que o Sr. Alcalde de Pontevedra vai a levantar todos estes reparos, algúns profundamente suspensivos, xogándose as barbas e se van a pagar. Agora digo o rogo e a pregunta, son dúas cousas, unha, ¿cando nesta casa se vai a tramitar algún papel ben?; e dous, por favor, se un non fai as cousas ben deixe de votarlle as culpas ós demais e facer declaracións dese tipo, cousa que estendo, estendo tamén, está aquí con todos os datos e demais, se quere algunha copia pois se lle dá, ou sexa o concello politicamente sempre, sempre cando chega un papel, a orde é que o día seguinte se intentara pagar, se topa sempre con estas, que non lle chegan os papeis, ou inda por riba e tal, entón por favor que non volva a suceder porque tivemos tamén estes días, pois outra propia da Deputación que houbo que resolver doutra maneira, que se lle manda á Consellería de Cultura un expediente que entre outras lindezas, entre outras lindezas pois aparece que o vial de Monteporreiro vai por unha carballeira, cousa que é falsa, que é un eucaliptal, pero na documentación di que vai por unha carballeira, ninguén pode saber vendo un expediente se é que é certo ou non porque o funcionario que informa evidentemente non coñece a zona nin moito menos, se é un eucalipto ou unha carballeira, co cal pois o informe é negativo, é o que é, un erro propio desta, entre outros moitos, de documentación desta casa, o converten nunha guerra política e dedicando, e aplicándose, que bueno, parece que é unha persecución, non sei que, cando é un fallo de documentación de aquí. Bueno, sexan un pouquiño máis humildes, deixen de montar guerras estúpidas que nunca chegaron a tal, e fagan a documentación ben, e se non a fan, que a todo o mundo se lle pode escapar algún gazapo, pois polo menos vaian a mirar o que mandaron, analíceno e estúdeno cos funcionarios alí, despois ten que escoitar este Deputado, que é algo de pirómano, ou sexa, e cousas polo estilo, e barbaridades polo estilo, todo o que hai no fondo é un fallo de tramitación e de documentación da Deputación, que lle pode pasar a calquera, ben, corríxese e punto, senón corrixírano antes, que é o lóxico que tiñan que facer. Ben, sigo coas preguntas, sigo coa cuestión, que tampouco entenderon moi ben, supoño que vostede saberá, ¿verdade?, que en Barro-Meis non se fixo por parte de Xestur e … , cando era Conselleiro o señor D. Alberto Núñez Feijóo, porque non quixo facelo, ben, resulta que no ano 2005 hai un ofrecemento de que pase a Xestur, ¿verdade?, e vostedes dixeron que nin de broma, vostedes dixeron que nin de broma, están aí os feitos e demais, ben esta, apoiamos, saben que apoiamos, xa que o Sr. Núñez Feijóo non quería facer o polígono de Barro-Meis, que esta Deputación o fixera, sabe que o apoiamos. Bueno, resulta que as contas dan mal, como poderían dar ben, pois dan mal pola situación na que estamos e por outra serie de cuestións, miren dende logo a pregunta aquí é moito máis clara e directa, ou sexa ¿parécelle razoable o custe que está sendo ó día de hoxe, polo menos en crédito parado, senón é en perdas, parécelle razoable, por sacar unha foto con Núñez Feijóo hai uns meses alí, o custo que está tendo para a Deputación cando lle pode saír a custe cero?. A pregunta aquí é moi clariña, porque nós no 2005 iso púidose pasar a Xestur, que estaba disposto, e vostedes o saben e non quixeron, non quixeron porque en fin era deixar en evidencia á negativa anterior do seu Presidente actual do Partido Popular, que conste que nós votamos a favor. Ben, outra que quería, o do Plan o dixen antes, ninguén contestou, algo que ía ser na primeira quincena de novembro ¿verdade?, vostedes están moi preocupados pola crise, pero polo que se ve ese Plan que en principio aceptaron que fora proposta deste grupo, téñeno parado, igual que o das estradas que preguntamos antes e demais. Ben, o que xa pasa de castaño escuro é algo que fixeron esta semana pasada e demais, que é, viron unha persecución nunha denegación dunha subvención para a escola infantil de Príncipe Felipe, cando resulta que se denegaron sete, por non acadar puntuación, para o ano 2009, por antigüidade posiblemente o consiga, ¿sabes cales foron eses sete?, Allariz, baluarte do PP perseguido pola Presidencia e tal, Teo, idem. de lenzo, Camariñas, Narón, Celanova e Deputación de Pontevedra. Ou sexa, vostedes primeiro negáronse a integrarse no Consorcio, decisión que podían tomar, tiveron ofrecementos de facelo e despois piden unha subvención que vendo as bases saben perfectamente que teñen case imposible conseguila, bueno, cando teña antigüidade vano a conseguir. As bases estaban moi claras e as que non puideron ser, pois non puideron ser porque tal, porque dende logo ver discriminacións, esas declaracións grandilocuentes, parece dende logo fóra de lugar e sen ningún sentido, máis que esa manía persecutoria, esas ganas de facer, de ir ó choque, de montar unhas guerras que non teñen ningún sentido, que lle están custando ben caras a esta Deputación. Seguimos, a pasada, final da primavera pasada, principio do verán, nos reuniron para facer unha empresa que ía a xestionar o lixo dos concellos da provincia, en xullo quedamos que en setembro xa se liquidaba, xa se liquidaba e resulta que dende setembro ata agora non volvemos a saber nada, exactamente a pregunta é, ¿que pasou?, polo menos dean algunha explicación de por que iso quedou parado cando vostedes anunciaron que o ían a facer xa en setembro. Seguimos, con respecto ás Directrices de Ordenación do Territorio tomaron un acordo na Xunta de Goberno de mandalas para alá e nese acordo ía que ían a constituír unha Comisión, iso foi en novembro, tampouco sabemos nada, nin cumpren o previsto. E con isto creo que queda bastante claro, unha radiografía de que esta Deputación leva, pois da orde de seis meses parada, metida nuns patacales dunhas batallas absurdas, non movendo ben un papel, ou sexa métense en guerra con Vicepresidencia, con Cultura, co concello de Pontevedra, con todos os concellos habidos e por haber, todo, todo case sempre consecuencia da decisión que tomaron vostedes, e o que é peor de facer mal as tramitacións, que o pode facer calquera, bueno pois se fan mal e tal. Agora nós estamos admirados de cómo unhas certificacións que non corresponden ás partidas, aquí se lle dá o ok, chegan alá, nós llo imos a dar tamén, ímoslle dar porque é un compromiso político indo por riba e fóra do que está, entón estamos admirados de cómo se pode coller, é un proxecto reformado que ten que pagar parte o concello de Pontevedra, pois resulta que tarda un ano en mandar para alá, a pesar de pedirllo non sei cantas veces, bueno pois sexan prudentes, cando menos sexan prudentes, e senón está pago parte xa en maio do ano pasado e o resto en decembro é por culpa súa, é por culpa súa, polo tanto sexan prudentes e non anden montando esas guerras que están caendo nun ridículo espantoso, a verdade a institución xa é a que é, pero dende logo, tal como xestionan vostedes con estas batallas absurdas, case sempre culpa súa, ou sexa agreden ós demais con fallos seus e absolutamente fóra de lugar e de ocasión. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno imos a intentar que non exista iso, é unha pregunta, imos a intentar contestalas todas, porque todas teñen fácil contestación, sen ningún tipo de réplica, e bueno tamén coa brevidade que a exposición súa, pois máis ou menos na mesma liña, creo que hai unha que a coñece ademais, creo que primeiramente o Sr. Figueroa que foi quen levou esa tramitación, e polo tanto ten esa palabra. Sr. Figueroa Vila.- Si, é sorprendente Sr. Mosquera o nerviosismo que teñen vostedes nas últimas horas, pero mire llo vou a dicir moi claro, eu a vostede a nivel persoal o respecto e a nivel político tamén, pero hoxe lle vou a dicir unha cousa, vostede é un mentiroso e lle vou a sacar datos, ou ten xente incompetente ó seu lado, ou vostede minte, ou o enganan, e o digo politicamente, xa, non vou a entrar no terreo persoal porque eu o respecto. Mire o día 3 de outubro de 2007 o Presidente da Deputación convocou a unha Comisión de Seguimento de Pasarón a todos os representantes desa Comisión na que están dous representantes do concello de Pontevedra, Dona Anxos Ribeiro Portela e Don Angel Belando Rodríguez, e a convocatoria era para o seguinte: “A dirección técnica da obra do novo campo de fútbol de Pasarón”, vou lelo textualmente, “presentou na Deputación o proxecto modificado das mentadas obras, que foi trasladado de forma inmediata ós correspondentes servizos técnicos provinciais para o seu estudo e supervisión, unha vez examinado o mesmo e de conformidade co acordado na anterior Comisión de Seguimento do convenio, se lle convoca á reunión que terá lugar o vindeiro venres día 5 do actual mes de outubro, ás 11 horas e 30 minutos, no Pazo Provincial, coa finalidade de facerlle entrega dun exemplar do proxecto modificado previa explicación dos técnicos redactores do mesmo”, convocatoria do 3 de outubro de 2007, sete, e o día 5 de outubro de 2007, hai esa xuntanza onde se lle da a palabra ó Director, onde participan D. Ramón Brigos Fernández, Subdirector da Xunta de Galicia, que o coñezo persoalmente, que traballei con el, Dona Anxos Ribeiro Portela, Don Ángel Belando, Dona María Teresa Pedrosa, Don José Enrique Sotelo Villar, Don Galo Zallas Carbajal, Don Enrique Alonso Baspino, Don Fernando Portela Tilve e o secretario Don Pablo Montero Carrera, e se lle concede a palabra ó arquitecto do proxecto, director da obra, e se explica de forma pronunciada as incidencias que levaron a redactar este proxecto modificado, como foron a prolongación da cuberta inicialmente prevista, que obrigou así mesmo a un cambio na estrutura, a revisión e as medicións do proxecto, a contabilización das obras con autorización do estadio. A todas as institucións representadas se lle facilitou unha copia do proxecto modificado, ¿non llo deron Sr. Mosquera?, ¿non llo deron?. Vostede minte, e ¿sabe por que minte?, ¿sabe por que minte?, porque é un pufero político, porque non pagan ós provedores e porque o concello de Pontevedra está sumerxido na maior crise económica que ten ningún concello da provincia de Pontevedra. Tiveron que facer un recoñecemento extraxudicial de crédito de máis de oito millóns, de crédito, para pagar os pufos, os pufos que non lle pagan a provedores, a persoas que teñen que poñerse diante do concello, diante da pancarta para que lle paguen. ¿E saben por qué?, porque fixeron unha enxeñería financeira nos presupostos dos últimos anos para enganar ós veciños e as veciñas, metendo, contabilizando ingresos a través da venda de parcelas que saben que non as venderon, ese é o problema, ese é o problema real, a escusa de mal pagador, a escusa dun pufero que non paga, e ese é o concello de Pontevedra, que non pasa nesta Deputación, o sinto Sr. Mosquera vostede se meteu no lio, vostede mesmo, aí está a hemeroteca, aí están os medios de comunicación que o poden dicir, vostedes non pagan, non estiveron pagando, e tivemos unha reunión no mes de setembro con vostede e co seu representante de economía, o Concelleiro de Economía, en Intervención, para aclarar os temas, e dixemos que nós o único que nos preocupaba era que nos pagaran, dixeron a través dos medios de comunicación que en quince días nos pagarían, que nun mes nos pagarían, que en canto lle mandásemos a certificación nos pagarían. Lle mandamos a certificación, lle mandamos todo o que quixeron, e miren, aínda no mellor dos casos, para vostede me vou a poñer no mellor dos casos, que é mentira, pero no mellor dos casos para vostede, que non chegara ningunha documentación a vostede, e que non tiveran coñecemento, e que fora o 29 de decembro, ¿qué pasa ata o día de hoxe?, que non pagaron aínda 3.200.000 euros, ¿vale?. Iso é o que vostede ten, e quere desviar a atención con outros temas, con outros temas que xa lle inicio e contesto seguidamente, non, non, eu fago a intervención como me dá a gana a min, vostede fixo a pregunta completa eu fágoa como me dá a gana a min, ¿vale?, non se poña nervioso. Mire, e entra na intervención para desviar a atención con Barro-Meis, segue enganando porque vostede sabe que as situacións do xustiprezo e das expropiacións, pasa en todos os lados, lle vou a dicir unha cousa e llo vou a dicir ós periodistas, Xestur está en quebra técnica nestes momentos, porque eu pertenzo a Xestur e estiven calado por responsabilidade política, porque me parece de mal gusto que unha institución como Xestur, que está en quebra técnica, que investiguen os periodistas, non ten diñeiro para pagar nin as urbanizacións nin as obras, porque unha porcentaxe elevada das empresas, por riba do 60%, están renunciando ó terreo industrial que tiñan concedido, e, ¿sabe como se chama iso?, BNG, ¿sabe como se chama iso?, Consultora Galega, non me faga falar Sr. Mosquera, llo pido por favor, porque sei moito máis de vostedes, e sei os entresijos de todo o que se está facendo en Xestur, e estiven calado por responsabilidade política, porque me parece que nunha situación de crise o temos que facer os políticos moitas veces, e ser responsables coa situación, pero ¿que vende a Sra. Táboas?, senón ten nin un proxecto novo, se todos proxectos que veñen, veñen de atrás, todos concedidos en épocas do goberno do Partido Popular, pero senón puxo nin un só metro cadrado de solo industrial no mercado, nin un só, dígame un, só un metro cadrado que puxera a Sra. Táboas novo. ¿Cómo está Prisán?, para campos de fútbol, por desgracia para todos nós. ¿Cómo está o polígono de Veigadaña en Mos?. Renunciando o 60% das empresas, que están acongojados en Xestur porque teñen quebra técnica, se fora unha empresa estaría en suspensión de pagos ou como lle chaman agora nun proceso concursal, e o saben vostedes, o saben vostedes e eu estiven calado durante o último ano. Por iso, teñan moito coidado, porque vostede o que está intentando e calumniar, difamar e montando unha situación que non é real. Pregúntenlle, e senón lle darei os datos, non teño ningún problema, en 48 horas, de darlle os datos do que está pasando con todas as empresas e con todos, o maravilloso que está facendo a Sra. Táboas e D. Daniel Pino, do cal me presto de ser amigo, pero é igual, pero me estiven calado e por responsabilidade me calei durante todo este tempo, porque creo que é de un bo político ou un político cando menos coherente que cando hai unha situación de crise, que sabemos que estamos pasando todos, o que temos que intentar é xerar ilusión, expectativas ante a cidadanía. Pero non, non, as empresas renuncian case todas, e nós polo menos seguimos mantendo o noso nivel, e non hai renuncias no noso polígono industrial, e vostede vén agora cunha historia de expropiacións. ¿Que quere que lle fale do polígono industrial do Morrazo?, que como a Zona Franca tiña pactado un prezo entre seis e oito euros e lle dixo que non, porque non era viable, o Sr. López Peña e vostedes por detrás con algunha conserveira, que despois lle concederon os parques eólicos, e en Vigo en Alfageme, llo está deixando trasladar, lle paga a dezaoito e teñen un contrato firmado, un contrato privado firmado no Comité Executivo e non son capaces de levalo ó Consello de Administración para non facelo público., ¿Que quere?, que lle diga todo isto, llo estou dicindo, ¿quere que entremos en profundidade o que está facendo Xestur?. Estaba pactado entre seis e oito euros metro cadrado no polígono industrial do Morrazo, e o Sr. López Peña, a través da Zona Franca dixo que non, e resulta que agora no Comité Executivo, que se fará público despois do un de marzo, porque non teñen nin ese valor, nin a gallardía de facelo público cando o teñen que facer, pero eu o sei, ¿entende?, porque teño xente dentro que mo di, e o estou denunciando, e senón que salgan e o desmintan, e lle pagaron a dezanove euros metro cadrado, que está consignado, pois aquí está a vinte, mire a diferenza entre O Morrazo, sen menospreciar o polígono Barro-Meis, en primeira liña de autoestrada, nas conexións de todos os circuitos de comunicación da provincia de Pontevedra, creo que con respecto de José Enrique non hai color, non hai color, e nós defendemos que ese polígono de O Morrazo se faga, porque por iso pelexou moito José Enrique cando foi Alcalde, pero a Zona Franca o paralizou e agora vostedes o retomaron. ¿Que nos está dicindo?, ¿que nós fixemos evidentemente uns pagos para intentar que a situación fose a mellor posible para por metros cadrados de solo industrial no mercado?, evidentemente, ¿que íamos a pagar a vinte podendo pagar a nove?, bueno pois para iso hai un xurado que marca, e agora iso está recorrido, e vostede ademais actúa a mala fe, porque sabe que esta decisión está tomada dende xuño do ano 2008. ¿Por que vostede o fai despois de seis ou sete meses?, porque quere enredar e porque quere manipular, e porque quere desviar a atención, é que non hai máis. ¿Por que non o fixo se vostede o sabe a través de todos os Consellos do IPESPO, esta situación?. E sabe tamén que nós recorremos esta situación, en calquera caso dígame vostede onde non hai un fallo do Xurado de Expropiacións que coincida co que fai a Administración, dígame só un, poucos os únicos que van por consenso ou ós que se chega a un acordo entre todas as partes, pero a maioría, a maioría está nesta situación. Por tanto, todo isto vén a unha situación moi clara, a situación económica que está atravesando o concello de Pontevedra, que é pública, que o saben todos, o saben os provedores, o saben os cidadáns, o saben os periodistas, e os responsables son vostedes, e vostedes veñen a dar leccións aquí, ¿de qué?, de nada, porque esta situación, mire, nós temos unha vantaxe sobre vostedes, que polo menos nos orzamentos os facemos realistas, podemos ter a débeda que temos, podemos ter a situación económica que temos, podemos facer máis ou podemos facer menos, podemos facer coas nosas políticas, vostedes poderán criticalas, pero o que non pode criticar baixo ningún concepto é que enganamos economicamente e financeiramente nin ós veciños nin a ningunha estrutura económica financeira dunha institución, as nosas contas están aí claras, as de vostedes non, vostedes é engano permanente, é inflar os ingresos á conta da venda de parcelas que non se producen, esa é a situación e por riba non pagan, e por riba tramitan expedientes sen o expediente correspondente administrativo, e teñen que ir a recoñecementos extraxudicial de crédito, se levaron oito millóns de euros hai pouco, eu o lin na prensa, e lle estou falando de prensa, imaxínense vostedes se chego a estar dentro do concello, ou a miña compañeira Teresa quere falar deste tema, se quere falar que fale, que o coñecerá moito mellor que eu, seguramente, moito mellor que eu, eu falo só de prensa, mire o que lle estou dicindo a vostede, de prensa e sen telo preparado, porque vostede ía vir aquí, do que percibo, do que me queda no ambiente, e dende logo o que escriben os medios de comunicación, pero claro vostede agora debido á situación que se encontra quere desviar todo iso, mezcla absolutamente todo, é a primeira vez que vostede fai un repaso de preguntas aquí, pero si xa coñecemos a estratexia mediática de vostede, pero se iso xa é vello, xa non hai ningún problema, pero tamén lle digo unha cousa, vostede pregunte o que queira que nós tamén imos a preguntar puntualmente e con todos os datos, igual que lle acabo de sacar este dato, que me acaba de dar agora mesmo desta Comisión, porque está aquí, ou vostede non se comunica cos seus compañeiros e cos seus técnicos, non lle pasan a vostede, a Concelleira de Deportes, non lle pasa a información, é o que lle remitimos no escrito, deillo á prensa, o escrito que lle vou a dar eu, e senón llo leo porque non pasa, non hai ningún problema, non hai présa ningunha, llo leo, o que lle mandamos o 29 de decembro, mire o que lle dicimos, o día 5 de outubro de 2007, reuniuse no Pazo Provincial a Comisión de Seguemento prevista no convenio subscrito entre a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, o concello de Pontevedra e esta Deputación Provincial, para a execución das obras do centro lúdico deportivo de A Parda e do novo campo de fútbol de Pasarón. Nesa reunión fíxose entrega dun exemplar do proxecto modificado da obra de Pasarón ós representantes do concello de Pontevedra presentes na mesma, Dona Anxos Ribeiro Portela, Concelleira de Deportes e Don Ángel Belando Rodríguez, Arquitecto Municipal, segundo consta na convocatoria previa e na acta correspondente. Así mesmo, fíxose entrega dun exemplar ós representantes da Xunta de Galicia, o concello de Pontevedra non solicitou con posterioridade a remisión de ningún outro exemplar do proxecto modificado, non obstante enterados polos medios de comunicación de que o concello non aboa, ó parecer, as certificacións das obras de Pasarón, remitidas pola Deputación Provincial por non ter o proxecto modificado, remíteselle outro exemplar do mesmo ós efectos oportunos. ¿Por que minte?, ¿por que minten permanentemente?, ¿por que están enganando ós cidadáns permanentemente?, pero, ¿por que?, ¿cál é o motivo?. Si, está perfectamente claro, vostedes levaron a copia en outubro do ano 2007, hai un ano e tres meses, pero mire, se vostedes mesmos se delatan, si o Sr. Alcalde hai catro días me encontrou nun lugar público, e me dixo, “Chema, non te preocupes, que nuns días imos a pagar”. O seu Alcalde a min mo dixo, e podo utilizalo porque tiña testigos diante, e como non é ningunha conversación privada, que é pública, me dixo, “non vos preocupedes que tivemos un problema e dentro duns días vos pagamos”. Se se contradín vostedes mesmos, se vostedes o único que intentan é votar fume, manchar a todo o mundo, e non se pode permitir Sr. Mosquera, vostedes non pagan porque non pagan, porque non teñen cartos, porque teñen unha situación económica complicada e porque non fixeron as cousas administrativamente correctamente. E vostede non pode vir a dar leccións aquí de nada, porque mentres tanto están, e o importante ó final é o de fondo, que os veciños teñen que darse conta. Mire, esta Deputación, porque vostede quere desviar a atención con todos estes datos, pero mire, esta Deputación, ten unha aposta clara pola cidade de Pontevedra, pero clarísima, que non a teñen vostedes dende a Xunta de Galicia e senón compare, collemos os catro anos últimos da Xunta de Galicia, gobernada por vostedes, e os catro anos últimos gobernados polo Partido Popular na Deputación de Pontevedra, e facemos números, de inversión real na cidade de Pontevedra, real, non de fantasías nin de infografías nin de proxectos estrela, real, real, senón puideron por a Parda aínda en marcha home, si é unha incapacidade de xestión tan grande, tan grande, tan grande, a que teñen, que teñen que sabelo os veciños. O de vostede é promoción, publicidade e marketing, nada máis. Cando chega a hora da verdade, pero aí está o Museo, aí está o estadio de Pasarón a punto de rematar, aí está unha piscina olímpica que colaborou esta casa, aí está o Arquivo, aí está a ponte adxudicada, que tamén hai problemas, un papel, un papel, e vostedes lle están dando tanto a un papel, pois resólvao dunha puñetera vez home, os seus técnicos ou o seu equipo da Xunta de Galicia, o que pasa é que vostedes queren enredar absolutamente todo con esta casa. Pero aí están os campos de fútbol de herba sintética, pero aí están as inversións, aí están as inversións da Deputación no concello de Pontevedra, e con isto remato este tema.E me quedan dous temas que vostede plantexou. Ó terceiro lle vai a falar Teresa Pedrosa. Mire, con respecto ó plan anticrise, claro que nós imos a levar a cabo ese plan anticrise, pero lle vou a dicir unha cousa máis, estamos tremendamente preocupados, tremendamente preocupados coa desfeita que está facendo o goberno central, que vai a ter as súas consecuencias, e, ¿sabe por que estamos retrasando este tema?, porque nos tememos que a situación de España vai a ir á banca rota, a situación é tan grave, tan grave, tan grave, que hoxe os propios concellos están recibindo notificacións de rebaixa dos seus ingresos ordinarios, das aportacións do Estado ós concellos nos plans que teñen os concellos. ¿Que quere que lle ensine, uns cantos, todos os alcaldes que están aquí?. ¿Saben que están facendo vostedes con ese plan nacional?. Vostedes, o partido, o socialista e o goberno central, están desviando a atención dun plan de emprego que vai a ser un pouquiño de traballo para hoxe e fame para mañá, que vai a durar tres ou catro meses. ¿Para qué?, para paliar vostedes, para paliar a situación de aquí ó 1 de marzo. ¿Cantos ERES hai en marcha que están parados?. ¿Cantos cursos de formación se están plantexando que non son reais?. Pero, se o paro non son 200.000 persoas, vostedes o saben, nos están enganando outra vez, e por iso nós temos medo, temos medo do que poida pasar nesta institución. Pero, Sr. González, están moi nerviosos home, estou dando unha xustificación ó Sr. Mosquera, porque nós estamos tendo, pero lla contesto a vostede tamén. Sr. Presidente.- Sr. González, tranquilícese que está dando, evidente, vostede non lle vai a prohibir que dentro dos seus argumentos en relación a contestación, que conteste o que estime conveniente. Sr. González, tranquilícese, estanlle contestando a unha pregunta, estanlle contestando, Sr. González, tranquilícese, que está tremendamente nervioso tamén, estamos en campaña electoral, a ver se o carnaval pon un pouco de tranquilidade, pero o Sr. Figueroa está contestando claramente a unha pregunta de D. Cesáreo Mosquera, tranquilícese. Adiante Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Ben, que lle dicía Sr. Mosquera que nós estamos preocupados, porque sabemos que vai a haber uns recortes dos ingresos a nivel estatal nesta casa tamén, o sabemos claramente, porque é imposible coa situación económica que se está producindo no país, que non cheguemos a unha situación desa magnitude, e aquí está o papel, un non, todos os alcaldes que temos aquí que lle está chegando, cunha redución importante, pero, ¿de que vale?, de que vale plantexar un plan anticrise se resulta que por outro lado lle están recortando os ingresos ós concellos, pero se llos están recortando, se é real, isto é real non o estamos invendando nós, son papeis oficiais do Ministerio de Economía e Facenda. Polo tanto, creo que é unha postura política, coherente e razoable e responsable estar atentos ó que poida pasar, e nós dende logo imos a plantexar ese plan anticrise, imos a plantexalo sen ningunha dúbida, pero queremos saber o alcance, a onde podemos chegar, real, non queremos meter a esta Deputación nun lío como ten o concello de Pontevedra por exemplo, non o queremos meter, non queremos enganar a nadie, queremos que, se podemos facer o plan de 230.000.000 millóns o imos a facer, que ese é o noso obxectivo, nós máis a aportación dos concellos, pero ¿qué lle imos a pedir ós concellos cando están recibindo estas cartas de diminución dos seus ingresos?. Pero se haberá concellos que non poderán nin pagar as nóminas Sr. Mosquera, e isto non é alarmismo, isto é unha realidade, non nos chamen antipatrióticos, porque xa nolo chamaron hai uns meses e ó final acertamos, acertamos, o problema é que agora ninguén vai a quedar tirado, pero hai 24 horas 200.000 persoas máis están no paro en España, máis. Os expedientes de regulación de emprego que xa verá como a partir do un de marzo empezan a saltar todos, xa verá como vai a ser automático, vai a ver como se disparan, ¿ou vostedes creen que nós non temos datos deses cursos de formación que están pagando, pero si eses cursos de formación, pero, ¿vostede cree que unha persoa de 55 anos, ou 58, ou 59, ou 60, se lle pode dar un curso de formación despois de estar traballando vinte anos nunha empresa?. Están aguantando, están aguantando a afiliación á Seguridade Social, e están aguantando as cifras de desemprego dunha maneira clara e contundente, e se verá, é cuestión de tempo nada máis. ¿Vostedes cren que todas as obras dos concellos as empresas van a contratar novo persoal?. Non home non, o único que se está evitando é que vaian ó paro, pero ¿cómo van a dicir vostedes que van a contratar a 300.000 novas persoas, é mentira, porque falen vostedes cos empresarios e o único que din é, xa veremos se aguantamos o emprego que temos, que é difícil, case imposible, pero se iso é un engano, un engano, están xustificando as cifras do paro e as cifras do desemprego en base a ese plan. Como o outro día, o Presidente nun programa de televisión dicía, “é que se van a contratar xa 8.000.000 millóns de euros e iso resolve todo o paro de España”. Pero que mentira, ¿pero que está pasando con Citroën?, pero falen vostedes da automoción se queren falar, falen vostedes de construción, que non hai nin unha soa grúa en ningún lado, e as poucas obras que hai son obras que veñen de proxectos anteriores, o outro día escoitaba á Sra. Táboas que ía a Navia a por en marcha a vivenda protexida, pero se esa vivenda protexida vén da época do Sr. Cuíña, todos os proxectos que estaban en marcha, senón hai nin un metro cadrado de solo industrial na provincia de Pontevedra nos últimos catro anos, eu lles invito a que vaian a Salvaterra, ás Neves, que dá pena, vai a ser para campos de fútbol, vai a quedar alí unha instalación magnífica para campos de fútbol. Pero se non puxeron nada en marcha en catro anos, dígame un, un só, eu se encontra un polígono industrial que estea funcionando, novo, dun proxecto novo, rectifico todo o que estou dicindo, pero novo, pero se os coñezo todos, porque estou en Xestur e coñezo a situación de Xestur e é de bancarrota total e absoluta. Entón, a que vén o Sr. Mosquera a intentar intoxicar contra esta casa, que xa está ben home, ou seguramente seguirá a liña do Sr. Quintana, que xa empezou onte a dicir que as Deputacións tiñan que diminuír as súas competencias. ¿Para qué?, ¿para qué?, para facer os chanchullos que está facendo el no consorcio ou todos os chiringuitos ou o, ¿que quere?, ¿que lle lea a noticia de hoxe onde vén claramente como son as oposicións da Xunta, a alta valoración da experiencia nas probas do consorcio e insólita na Xunta. ¿Que quere?, ¿que lle diga como van a meter a todos os seus amigos?. Claro, agora se nota unha cousa, que teñen medo a perder as eleccións, que nun proceso electoral vostedes están facendo contratacións e contratacións a dedo, como están facendo, e que teñen medo a perder as eleccións. Saben que as van a perder, e queren colocar a todos os seus afíns como sexa, está claro, está aquí, é que non o escribimos nós, o din os medios de comunicación, chiringuito, falaban vostedes de probas, alta valoración de experiencia en probas do Consorcio é insólita na Xunta, os opositores cren que Quintana supera os métodos de Cacharro e Baltar, e o PP que teme perder o poder polo poder. Mire, Sr. Mosquera, nós imos a facer ese plan anticrise, pero imos a facelo con responsabilidade e con rigor, porque temos un compromiso, un compromiso con todos os cidadáns da provincia de Pontevedra, e dende logo esta Deputación vai a ser exemplo de como hai que facer as cousas na situación económica. E nós creo que aí están todos os proxectos que levamos en marcha e vostede sabe perfectamente tamén que o polígono Barro-Meis nunhas condicións de normalidade, de normalidade, é recuperable ó 100%, pero lle digo unha cousa, estamos en moitisima mellor situación, pero en motitisima mellor situación nós, con toda a situación que vostede quere enrevesar, que resulta que agora hai que pagar a 20, imos a ver que pasa todavía, que se hai un saneamento, claro, que hai que pagar o saneamento, pero se tivésemos o apoio da Xunta de Galicia, como están facendo noutros lados, seguramente non habería que pagar as conexións de saneamento, se farían e a Xunta aportaría algo, a Xunta non está aportando absolutamente nada, e nós estamos pondo 500.000 metros cadrados de superficie dos cales máis do 50% nestes momentos están colocados no mercado, esa é a previsión e creo que se fixeron as cousas ben e se seguen facendo ben, non poden dicir o mesmo os outros os seus colegas que gobernan Xestur e que gobernan a Consellería de Vivenda, porque ¿canta vivenda protexida se fixo nos últimos catro anos na provincia de Pontevedra?, dígame, pero dígame números non diga chas, dígame números, pero dígame vostede onde, ¿en Navia?, un proxecto que vén do ano 91 e que as 3.000 que agora están en marcha, pois mire que casualidade, as asinei eu, ¡manda carai!, creo que teño o privilexio nestes momentos de poder falar en voz alta e dicir que a maior parte das vivendas da licenza de construción e de obra as din eu, ¡manda carai!, porque non hai ningunha nova e ven a Sra. Táboas e fai unha publireportaxe nos medios de comunicación dicindo que 3.000 vivendas novas, pero senón puxo ningunha en marcha, pero senón puxo ningunha en Pontevedra, non coñezo, pero me di Teresa Pedrosa, que me fio dela, que cero, entón, ¿onde fixeron vivendas protexidas vostedes?, oiga son catro anos, que pasa que en catro anos todos os gurús que teñen vostedes de urbanismo, Sr. Pinos, Doxio Álvarez, e todos estes, non foron capaces de poñer ningunha vivenda en marcha, e agora fan plans sectoriais de vivenda, esa é a novidade de vostedes agora, é dicir, onde hai plans xerais, van, fan un plan sectorial de vivenda a maiores, e, ¿qué?, ¿para qué?, para publicitar todo aquilo que non fixeron. Miren, eu creo que hai miles de exemplos de situacións que dende logo vostedes non van por bo camiño, e nós dende logo lle imos a contestar, podería estar falando deste tema pero moitísimo máis tempo. E de Xestur dende logo lle digo unha cousa, vostede abriu a veda, teño a liberdade absoluta nestes momentos para falar de Xestur e xa lle anuncio, xa lle anuncio que a próxima semana vou a facer unha rolda de prensa de Xestur, contra os meus principios políticos, porque creo que non é bo, que non é bo, pero non vou a permitirlle que un representante do BNG intente acusar a esta institución do que vostedes están con creces, pero con creces, moitísimo peor e non fixeron absolutamente nada. Me gustaría que os periodistas investigaran Xestur, investigaran Xestur, que teñen a desfachatez, mire, teñen a desfachatez, un alcalde noso que se presenta a unhas probas, un alcalde noso que se presenta a unhas probas, que de 50 preguntas do test saca as 50, as 50, e cando lle fan a entrevista din que na entrevista non demostra os coñecementos que demostrou no tipo test, lla dou ós medios de comunicación se queren, un alcalde do Partido Popular, teñen esa desfachatez tamén, mire o que lle estou dicindo, de 50 preguntas de tipo test acerta as 50, resulta que hai unha persoa que fai tres e lle convalidan dúas por non sei que, e cando entrevista a outra persoa lle dan a maior nota, e a este lle quitan dous puntos para que non entre. E a xustificación é, un tío ou unha persoa que saca un dez que acerta o 100% das preguntas, alguén ten a desfachatez de dicir nunha entrevista, que non ten cualificación para entrar, llo vou a pasar tamén ós medios de comunicación, o teño aí gardado dende hai un mes ou mes e medio, pero non, teñen que enterarse home, porque eu creo que ás veces, ás veces hai cuestións que é bo que sepan. ¿Vostede quere abrir a veda?, pois abrímola para todos, é dicir, non hai ningún problema, Sr. Mosquera, non fagan manifestacións e acusacións cando saben que non teñen razón, e o plan anticrise se vai a facer, pero tamén lle digo unha cousa, se vai a facer, ¿sabe o que lle digo?, se vai a facer cando teñamos os datos reais, porque xa empezan a aparecer, nós dende logo, home non é que sexamos moi listos, moi listos, moi listos, pero tontos tampouco lle somos, en fin somos medianos, hai algún que destaca nalgún tema como o compañeiro Julio, e algún máis, pero somos do medio e no medio sabemos o que vai pasar despois do un de marzo, non van a ser 200.000, imos a chegar ós catro millóns de parados, imos a saber que ós concellos dende Madrid lle van a apretar o grifo como xa empeza a pasar, porque está aí, é real, entón é cando intentamos, e co que nos dean a nós, que supoño que tamén nos apretarán o grifo, que dirán que a situación é moi difícil, que todos nos temos que apretar o cinto, pois ó final faremos un proxecto de presuposto acorde para os próximos dous anos e medio que quedan de mandato nesta Deputación, non se preocupe, non se poña medallas, xa se porá medallas cando sexa necesario, nós imos a facelo como temos que facelo, con coherencia, con responsabilidade, porque sabemos que nos están enganando unha vez máis, e nos enganaron unha vez hai un ano, nos enganaron unha vez hai un ano, pero non nos volven a enganar, sabemos cal vai a ser a situación, sabemos que esas persoas que están en cursos de formación se van a ir ó paro, sabemos que os expedientes de regulación de emprego van a saír todos á luz pública, e sabemos que o goberno central vaille cerrar o grifo ós concellos e xa veremos como respiran os concellos. Se isto o unimos a que a maior fonte de ingresos que é o urbanismo está totalmente paralizado, porque había que falar deste tema tamén, claro que habería que falar deste tema, do que fixo a Xunta de Galicia nos últimos catro anos, non foron capaces de aprobar plans xerais, paralizaron a Lei de costas, paralizaron todo o tema de núcleos rurais, é que paralizaron absolutamente todo, é que non hai nada novo, ningún proxecto novo despois de catro anos. Vostedes levan co plan xeral en Pontevedra seis ou sete anos, ¿qué máis lle dá?, e iso que son uns fenómenos porque a empresa de vostede e Consultora Galega, que son todos os que están na Dirección Xeral da Vivenda, son uns fenómenos, e nin os fenómenos son capaces, nin os gurús de Galicia son capaces de sacar proxectos. Nós estivemos en Vigo sete ou oito anos e resulta que agora non hai nin unha soa grúa, se pasou, se esfumou o tempo da posibilidade de oportunidade que había nestes momentos fóra, non hai grúas en ningún lado, dicía que ía a haber unha cantidade de grúas tremendas, que xa empezábamos, non hai grúas en ningún lado. Oia, se vostedes teñen os gurús de urbanismo que resulta que asesoraron a todo o mundo na Dirección Xeral de Vivenda, dígame vostede ¿cantas vivendas novas puxeron en marcha en Galicia ou na provincia de Pontevedra?, dígame, dígame algunha, algún sitio. Non, pero é que quero sabelo, como dicía o meu compañeiro Julio, quero sabelo, porque non o sei, porque home coa Presidenta do Colexio de Arquitectos, con D. Daniel Pino que é o gurú de urbanismo, o amo de Consultora Galega, e que funciona e que segue funcionando a empresa que din que ten máis prestixio, que sabe desenvolver mellores plans rurais, non son capaces de por nin unha soa vivenda no mercado. Pois apaga e vamos, apaga e vamos, eu creo que isto daría para moito, e dende logo nós non imos a evadirnos de ningún tipo de debate Sr. Mosquera, ningún, e só lle digo unha cousa e lle termino co seguinte, o que vostede está facendo ¿sabe como é?, a escusa de mal pagador, daquel pagador que non é capaz, que non ten medios, que non é capaz de resolver os problemas, e lle vota a culpa ós demais. Entón intentan líar todo, lía todo, Barro-Meis, non sei que, non sei canto, anticrise, todo o tema da gardería, etc., etc., pero bueno é a situación que temos. E, ¿sabe o que ocorre?, que dentro de cinco ou seis meses o veremos, eu, ¿sabes por quen estou preocupado realmente na xestión política?, polos alcaldes que o van a pasar moi mal, os concellos medianos e pequenos o van a pasar moi pero que moi mal, xa veremos se algúns son capaces de prestar os servizos, o tomamos de coña, eu creo que non deberíamos de tomalo de coña porque con douscentos mil parados máis nun mes, e con todas esas triquiñuelas que vostedes teñen agora mesmo, amparando, cursos de formación, ERES pendentes, subvencións que veñen, subvencións que non van, subvencións que deixan de vir, dende logo, a min si que me tería preocupado, e co que respecta á nosa provincia con dous sectores, a construción totalmente paralizada, cero, non hai nada en movemento; e co sector da automoción de capa caída, dende logo, dende logo, coidado, que non o pasemos mal todos, todos, ¡eh!, incluso os que poden ter un emprego estable, coidado, coidado, porque a situación está aí, e se a iso lle queren chamar alarmismo, chámenlle alarmismo, eu dende logo me sinto coa conciencia moi tranquila de dicir isto, de dicilo publicamente e ademais porque é unha realidade, porque non hai nada que obxectar, é dicir, Sr. González, ríase, ríase, eu non me río, eu non me río dos douscentos mil parados que hai novos, ¡eh!, eu non me río, eu non me río, eu non me río, e non me río do que dixo o seu Presidente do Goberno, hai un ano que non había crise, eu non me río, eu non me río, a cara a terá vostede home, eu non a teño, dende logo estou preocupado, vostedes si que parece que teñen cara bastante intentando aguantar unha liña política que saben que están enganando ós cidadáns, home, teñen moita cara, están enganando ós veciños e ás veciñas, home, pero que moita cara teñen vostedes, home, moita cara teñen vostedes, home, que levan 3.200.000 parados e 200.000 no último mes, home, que debería darlle vergonza. Sr. Presidente.- Si, pero antes vamos a contestar ás preguntas e despois doulle a palabra. A ver, Sr. González, o rogo. Sr. González Iglesias.- Mire, Sr. Presidente, o Grupo Socialista lle roga formalmente, formalmente, que o Pleno ordinario de marzo se pase a primeiros de abril, porque está visto, está visto que o tono, o tono, e cousas que se están dicindo aquí cando non veñen a conto, isto estamos en Rogos e preguntas, un pregunta e o outro contesta. Se está citando a terceiras persoas que non teñen nada que ver no tema, como foi o caso meu, e para non dar lugar a estas historias volvo a repetir, solicito formalmente que o Pleno ordinario de marzo o pase ó mes de abril para que non haxa tanto nerviosismo, sobre todo nas filas do seu partido. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González por esa proposta. Sra. Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Supongo que va un poco mal de tiempo el Sr. González porque las elecciones son el día 1, será el Pleno de febrero el que hay que cambiar, no el de marzo, pero bueno, les preocupa el debate y tienen miedo que no quieren ni debatir en público y ya se van. Yo quería decir dos cosas con relación a la guardería, en primer lugar, Sr. Mosquera, muchas gracias por incorporarse al club de las preguntas que iniciamos en el concello de Pontevedra últimamente el Grupo Popular, y que en previsión a las contestaciones que podíamos dar a su pregunta nos tapó la boca el Sr. Lores, cambió el reglamento y no le permite contestar, por eso digo Sr. Presidente que aplique lo mismo, que los que preguntan luego no puedan intervenir, porque así nos tratan los del talante en el concello de Pontevedra. Incluso recogiéndolo la Ley la modificaron para que no podamos intervenir, aquí ya no quieren ni hacer plenos, y los que están se van, pues en fin. En cuanto a la guardería quedo absolutamente abraiada Sr. Mosquera, que el concello de Mondariz, cuna del BNG, símbolo del BNG, Allariz, Allariz, Allariz, tierra de Quin, no esté en el Consorcio, me deja impresionada, porque las guarderías, las subvenciones estas son para las guarderías públicas que no están en el Consorcio, y claro que el concello de Mondariz, perdón, Allariz, en vez de una galaescola haga una guardería infantil, pues mire, si no le creen ni los de Allariz a Quintana que se vaya yendo, que se vaya yendo, porque si el concello de Mondariz, aseguró usted aquí la pregunta, en el concello de Allariz se le negó la subvención a una guardería municipal pública, es que no hacen galaescolas, quedo de verdad realmente sorprendida, señores esto si que es increíble. Nosotros como usted bien sabe creamos una, había una previsión de crear tres guarderías públicas en la ciudad de Pontevedra, una la Diputación de Pontevedra en colaboración con la de aquella Consellería de Familia y con el SERGAS, y otras dos el concello de Pontevedra con la Xunta. Esta de la Diputación, la Diputación pese a que la Xunta la dejó tirada, fue cuando cambió el gobierno por supuesto, y la primera parte de las obras gobernaba el PP y las pagaron, cuando llegó el Bloque ese de la igualdad, de los dereitos dos nenos, todo iso, nos dejó colgados, tuvimos que pagar hasta el mobiliario y el SERGAS también, gobernado por ustedes, la pusimos en marcha, funcionando, y nos sujetamos a la línea que establece la Xunta de Galicia, falsa, de guarderías públicas. Con la normativa con la que nos denegó a nosotros denegó el 100% de las guarderías nuevas que se hayan creado en Galicia con lo cuál Quintana miente, no, hace una norma para no darle la subvención a nadie, porque ninguna guardería creada en el 2008 puede tener más de un punto, ninguna, con lo cuál todas las que se creen en Galicia no van a tener ninguna subvención y si alguna la tiene prevarica, porque las bases son para todos igual. Con lo cuál, Sr. Mosquera, menos falar, menos falar, e máis facer, porque hace cinco años, el 28 de diciembre, el 29 de diciembre del 2003, el concello de Pontevedra metió en el presupuesto para el 2004, 300.000 euros, para iniciar dos guarderías, y por incapacidad del Partido Socialista y del Bloque Nacionalista Galego, que llevan diez años gobernando esta ciudad, no fueron capaces de abrirlas, no son capaces de abrir ni una plaza, mientras gobernó el Bloque en esta ciudad ni una plaza, ni con gobierno del PP, ni con gobierno do PSOE, ni con gobierno del Bloque, con ninguno, las últimas guarderías públicas que se hicieron en esta ciudad fue gobernando el PP en el ayuntamiento y en la Xunta, porque ustedes hasta ni tan siquiera le dan el terreno para hacerlas cuando gobierna otro. Y que me venga aquí después de denegar una subvención de 40.000 euros a preguntar, es que hay que tener cara, es que hay que tener cara. El Sr. Quintana, cero plazas de guardería, cero plazas de centro de día, cero plazas de residencias de mayores no válidas en esta ciudad, y eso que Pontevedra está en el Consorcio, o sea, y que gobierna el Bloque, cero patatero, inversión de Quin en la ciudad de Pontevedra en servicios sociales, cero. Y el concello por no pagar, hasta nos debe lo que pagamos nosotros de teleasistencia, además de Pasarón, la teleasistencia, del 2006 y 07 también nos la debe. Con lo cuál menos falar e máis traballar, porque esto es de verdad un escándalo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. Sr. Mosquera. Xa ve que nós somos distintos ó concello de Pontevedra, somos máis solidarios e facemos as cousas doutra maneira, aínda que vostedes din que as fan dunha maneira, fanas doutra distinta non dando participación. Nós damos participación e así lle vamos a dar a palabra a vostede. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, aquí e en todos os lados hai un turno de Rogos e preguntas, que se vostede quere moderar ben o Pleno pois fai unha pregunta, se resposta e non dá lugar a debate. Pero se resposta á pregunta, non se está respostando a preguntas senón dicindo auténticas barbaridades. Mire, eu a verdade é que despois do escoitado pois é difícil facer chascarrillos pero case o vou facer, a min a auga de Mondariz, que tomei varias, pois psicotropos non lle noto, é diurética, moi diurética, por iso tiven que saír un momentiño, non me afecta igual que a outros, afortunadamente. Pero houbo que escoitar cuestións do calibre de que este Portavoz era un mentiroso. Sr. Figueroa, miren, tres cousiñas así moi claras, situación económica do concello de Pontevedra, liquidación 2007, orzamentadas en ingresos 72 millóns e houbo 95, sen as vendas. Para este ano, para o 2008 máis ou menos igual, remanentes, ou sexa, o que sobrou, ben, quince millóns de euros; pagos, están todos ó día, e hai aínda así unha Tesourería tan boa como a desta casa, como a da Deputación. Polo tanto, non repita unha mentira mil veces e demais, agora, vamos ó tema específico de Pasarón, oiga, vostedes deron unha copia sen aprobar por este Pleno nin pola Xunta de Goberno, para o convenio, ¡ah!, vostedes funcionan así, ou sexa danlle unha copia que non é oficial, que pode estar modificada, e funcionan así. ¡Ah!, agora entendo, agora entendo como funciona esta casa, agora entendo como funciona. Ou sexa, o que é un borrador sen aprobar, sen aprobar, que foi para o convenio, efectivamente, pero ¿cando se aprobou o modificado?, dígame, ¿cando se aprobou oficialmente?, ¿cando?. E o modificado oficialmente aprobado non foi remitido, ¿certo ou non?. E nós, nós politicamente non lle poñemos ese problema, o problema é que os servizos xurídicos alí, a Intervención, son moi meticulosos e dixeron que había que mandalo e vostedes non o mandaron ata o 29 de decembro, que quede claro, que quede claro, ou sexa, vostedes o proxecto reformado, aprobado oficialmente e polo tanto en vigor, non o mandaron ata o 29 de decembro. Mandaran un borrador, unha proposta para o convenio, para a modificación da addenda do convenio, que quede clariño, que quede clariño, teña coidado coas palabras que usa, teña coidado, e aínda así ten, eu non sei se aquí nesta casa se puntean as partidas e se comproba que se a certificación que vén coincide co orzamentado, co adxudicado, alí si o comproban, non o comprobamos nós, compróbano os funcionarios, e resulta que non coincide para nada. Ben, iso é o que lle quero dicir, non se preocupe que cando, os papeis tamén se van a pagar, pero que quede claro que foi fallo desta casa o non facelo. Sra. Pedrosa, quédese tranquila, o concello de Allariz, esa galaescola xa está adherida ó Consorcio, pero por retrasos e demais solicitou a subvención porque non estaba aínda adherida, por un problema tal, e foi tratado igual que os demais, non se preocupe, vostede recoñeceuno, é o único que lle agradezo de todo, á parte do panfleto que soltou, o único que lle agradezo de todo é que efectivamente recoñece que se tratou a todo o mundo por igual, pero non coincide coas declaracións que fixo publicamente aí. Bueno, con respecto ó demais, Sr. Figueroa, e non quero entrar máis en debate, creo que quedamos, ou sexa, simplemente por alusións, non queremos entrar, senón seguimos aquí ata onde sexa. Sr. Figueroa, vostede creo que está en Xestur, e creo que votou a favor da súa xestión, diga alí o que teña que dicir, non o veña a contar aquí, cónteo onde queira pero non o veña contar aquí, alí vote a favor, ou sexa, Xestur fai trámites por dezaseis millóns de metros cadrados, vostede alí si, estou de acordo, agora di aquí que non fixo un, bueno, arrégleo alá, non veña aquí e moito menos estar metendo persoas e empresas polo medio dunha maneira absolutamente, absolutamente disparatada. Do plan anticrise, é bárbaro, foron vostedes os que anunciaron que o 15 de novembro xa había o plan, agora vén cunha desculpa a posteriori e que sen iso, bueno, alá vostedes, dende logo alá vostedes, agora, teñan coidadiño, teñan coidadiño co que din, de verdade, son uns imprudentes de moito coidado. Creo que as preguntas, as preguntas eran moi concretiñas, moi concretiñas, agora si, os polígonos industrias nestes momentos son activos tóxicos, …, moi ben, ou sexa que teñen, nada quita que a Deputación tivera mandado este para Xestur e era un máis para Xestur, vostedes non quixeron para sacar a foto, bueno, pois agora, pero non criticou este Portavoz que as expropiacións se foran, dixen simplemente que non quixeron que pasara a Xestur e nestes momentos temos esas consecuencias. Ben, eu creo que queda perfectamente aclarado, creo que queda perfectamente aclarado, á parte de certas … eu lamento moitísimo que, facer algunhas preguntas, que obviamente o fondo non se contestou, porque esta Deputación leva practicamente seis meses parada, e todo o que anunciaron que ían facer, incluso cousas de iniciativa súa e demais, non as fixeron, non sei, alá, terían os seus problemas e demais. Bueno, esa explicación non se dá e se sae por elevación, dicindo non sei cantas cuestións, non se fala, fálase ata de política de persoal doutras institucións, dicindo auténticas barbaridades, bueno, miren non vamos a entrar niso se é que vostedes non queren senón pois seguimos, eu creo que as preguntas, politicamente vostedes responderon o que lle pareceu ben, ou sexa, que creo que queda bastante claro, non está ben, Sr. Figueroa, Sr. Figueroa, non está ben, volvemos ó mesmo, un ten unha debilidade, fixo algo mal, ben, pois se arregla polas boas, agora saír agredindo a outra administración con esas, porque se mandou un borrador, oiga, ¿vostedes pagan sobre borradores?, fágolle a pregunta expresa, á parte que quero que me conteste o Presidente porque entón é moi preocupante, vostedes sobre o borrador subliñado e aprobado oficialmente, sobre un proxecto de convenio, ¿vostedes pagan?, entón é moi preocupante, vostedes pagan sobre, supoño, sobre convenio firmado e ratificado, sobre proxecto aprobado por quen ten que aprobalo e iso non estivo, ese proxecto aprobado non estivo no concello de Pontevedra ata o 29 de decembro do 2008, que quede claro. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sra. Pedrosa. A ver, moi brevemente Sra. Pedrosa, por favor, porque. Sra. Pedrosa Silva.- Sólo una cuestión en relación con eso, es que el Consorcio no me vale, se creó en el 2006, si el concello de Allariz no se sumó porque no cree en el, me parece perfecto, pero la subvención que denegaron a la Diputación es para las guarderías infantiles, no para las galaescolas, o sea que si el concello de Allariz solicitó una es porque no está en el Consorcio, punto 1. La única realidad que hay, la única realidad es que esta casa sin tener competencias creó 115 plazas de guardería en este mandato, y Quintana, el BNG y el PSOE, y Zapatero y Touriño, cero, esa es la realidad, 115 en este mandato el PP sin competencias, cero el BNG y el PSOE, vino ayer Touriño, “vamos a crear tres mil plazas de guardería infantil pública”, cero, y para las que crean otros organismos le dan subvención cero, porque no tienen dinero, contesta, no tienen dinero, contesta, no tienen dinero. Con lo cuál es una realidad y el resto milongas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e corenta e cinco minutos do expresa do día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota Enlace para escoitar o audio do Pleno

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición