Fondos
2009-10-30_Ordinaria. Acta de sesión 2009/10/30_Ordinaria
Acta de sesión 2009/10/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/4.2009-10-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/10/30_Ordinaria
Data(s) 2009-10-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 87 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 30 de outubro de 2009 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día trinta de outubro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten D. Francisco Xabier Alonso Pérez nin D. Gabriel Martínez Giráldez. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días. Vamos a dar comezo á celebración do Pleno ordinario do día de hoxe. 1.5870.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria do día 11 de setembro e ordinaria do día 25 de setembro de 2009. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bos días, gracias Sr. Presidente. Non, é para desculpar a presenza de Xabier Alonso, que se atopa en Alemania facendo xestións da súa actividade como concelleiro en Vigo; e de Gabriel Martínez, que en Salvaterra segue empeñado o alcalde en convocarlle os Plenos, cambiounos para o venres a esta hora. Polo tanto, pois teno difícil, xa vostede quedou de facer unha xestión para intentar ... Sr. Presidente.- Falei co alcalde. Falei persoalmente co alcalde. Sr. Mosquera Lorenzo.- Parece que sen gran éxito. Bueno, era por desculpalos. Sr. Secretario.- ¿A quién?. Sr. Presidente.- A D. Francisco Xabier que está en Alemania y también a Gabriel que no puede venir porque tiene Pleno además en el Ayuntamiento, que ya había hablado yo con el alcalde. Sr. Secretario.- Es que no le oí, no se te oye. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria do día 11 de setembro e ordinaria do día 25 de setembro, de 2009. 2.5871.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE COVELO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN DAS TAXAS POR SUBMINISTRACIÓN DE AUGA E POLA REDE DE SUMIDOIROS Sr. Presidente.- Segundo punto. Delegación de competencias do concello de Covelo a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación das taxas por subministro de auga e pola rede de sumidoiros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Covelo na sesión extraordinaria celebrada o día 10 de novembro de 2008 acordou a delegación na Deputación de PontevedraORAL das facultades de recadación das taxas polo servizo de distribución de auga e polo servizo da rede de sumidoiros, reservándose a xestión do padrón (altas, baixas, resolución de reclamacións, etc.). Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 16 de outubro de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Covelo, para exercer as facultades de recadación das taxas polo servizo de distribución de auga e polo servizo da rede de sumidoiros. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Covelo, por acordo do Pleno de data 10 de novembro de 2008, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación das taxas polo servizo de distribución de auga e polo servizo da rede de sumidoiros, reservándose o concello de Covelo a xestión do padrón (altas, baixas, resolución de reclamacións, etc.). 2. Esta delegación do concello de Covelo será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese as condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello do Covelo así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Covelo para exercer as facultades de recadación das taxas polo servizo de distribución de auga e polo servizo da rede de sumidoiros, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.5872.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE COTOBADE A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN DA TAXA POR TRATAMENTO E ELIMINACIÓN DOS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS Sr. Presidente.- Punto número tres. Tamén, Delegación de competencias do concello de Cotobade a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación da taxa por tratamento e eliminación dos residuos sólidos urbanos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Cotobade na sesión ordinaria celebrada o día 23 de decembro de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos, reservando a xestión do padrón (altas, baixas, resolución de reclamacións, etc.). Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 16 de outubro de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello do Cotobade, para exercer as facultades de recadación da taxa por tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Cotobade, por acordo do Pleno de data 23 de decembro de 2008, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación da taxa por tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos, reservándose o concello de Cotobade a xestión do padrón (altas, baixas, resolución de reclamacións, etc.). 2. Esta delegación do concello de Cotobade será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio có concello de Cotobade así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Cotobade para exercer as facultades de recadación da taxa por tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.5873.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE CRECENTE A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DE BEIRARRÚAS E RESERVAS DE VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO, CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE (VAOS) E DA TAXA POR MATADOIRO, LONXAS E MERCADOS (ALUGUER DE LOCAIS E PRAZA DE ABASTOS) Sr. Presidente.- Punto número catro. Tamén delegación de competencias do concello de Crecente a favor do ORAL para a recadación de varias taxas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Crecente nas sesións ordinarias celebradas os días 29 de xaneiro de 2009 e 24 de setembro de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación das taxas polos servizos de vaos, matadoiros, lonxas e mercados (aluguer de locais e praza de abastos), reservándose a xestión do padrón (altas, baixas, resolución de reclamacións, etc.). Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 16 de outubro de 2009 acordou aceptar as delegacións efectuadas polo Pleno do concello de Crecente, para exercer as facultades de recadación das taxas por entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercadorías de calquera clase (vaos), e da taxa por matadoiro, lonxas e mercado (aluguer de locais e praza de abastos). Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Crecente, por acordos do Pleno de datas 29 de xaneiro de 2009 e 24 de setembro de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación das taxas por entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercadorías de calquera clase (vaos), e da taxa por matadoiro, lonxas e mercado (aluguer de locais e praza de abastos), reservándose o concello de Crecente a xestión do padrón (altas, baixas, resolución de reclamacións, etc.). 2. Esta delegación do concello de Crecente será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Crecente así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Crecente para exercer as facultades de recadación das taxas por entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercadorías de calquera clase (vaos), e da taxa por matadoiro, lonxas e mercado (aluguer de locais e praza de abastos), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5. 5874.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 1/2009 DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número cinco. Expediente de modificación de créditos número 1/2009 do organismo autónomo local Museo Provincial de Pontevedra. Os puntos números 5, 6 e 7, os tres son expedientes de modificación de créditos, aínda que dous son do Museo Provincial e do Padroado de Turismo Rías Baixas e o punto número 7 é o expediente de modificación global de créditos da Deputación. Polo tanto, se todos están de acordo, tratamos xa os tres temas onde hai ... Por separado. Entón, primeiro Museo. ¿Algunha intervención?. Non hai. ¿Votos en contra?. ¿Hai?. Vale. Adiante. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente, é que con este sistema tan moderno pois dicir adiante non vale, hai que darlle ó botón e ten que funcionar. Ben, bueno hai unha modificación de crédito do organismo autónomo do Museo Provincial, e con respecto a isto só quería facer tres preguntas, tres preguntas. Primeira, ¿canto deste gasto foi para a organización das xornadas?, ou se hai que incrementar partidas pola organización das xornadas de Galicia Bilingüe, que organizou o Museo e que aínda non sabemos as contas. A segunda, é ¿que papel, nestes momentos, está xogando o Director do Museo?, porque parece que nesas xornadas non estaba, estaba de vacacións. E con respecto a outras posicións, o Director Artístico do Museo parece que non está pintando absolutamente nada. Bueno, é decisión súa, pero nos gustaría saber se o Director do Museo, Carlos Valle, ¿que papel está xogando e por que está sendo apartado?, ou se é que está sendo apartado, e o por que de certas decisións que se toman. E a terceira, a terceira pregunta é, que cando neste Pleno se preguntou e se avanzou unha cifra sobre canto custaban aquelas xornadas, se dixo que se ía a recibir á Mesa pola Normalización Lingüística e que á parte, bueno, que se podía chegar a acordos e demais, pois a pregunta é se houbo ese acordo ou se vai haber ese financiamento que se explicou aquí, como unha, digamos, contrabalanza a iso que se organizou de Galicia Bilingüe, que segundo información de prensa parece que non hai nada de nada. Entón, me gustaría saber a ver se nos aclaramos, ¿canto custou iso?, ¿que papel pinta nestes momentos o Director Artístico?, porque hai cousas das que parece que nin se entera, ou sexa, non se lle dá información, está apartado. E o terceiro, se a través do Museo, xa que Galicia Bilingüe foi a través do Museo, pois a través do Museo ou outra cousa, vai haber esa colaboración que se anunciou aquí coa Mesa pola Normalización Lingüística. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moi ben. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- A ver Presidente, nós vamos absternos neste punto porque loxicamente non votamos a favor do orzamento da Deputación e non vamos a dar agora o apoio a modificacións puntuais que se fagan. De todos os xeitos gustaríanos que se explicara a aportación ó concello de Cambados polo tema de Cabanillas. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, eu creo que aquí o que vén é unha modificación de crédito que ningunha das preguntas que fixo o Sr. Mosquera ten que ver con ese expediente. Se quere algún día falamos loxicamente do Museo e de todo o que concerne ó Museo, aínda que non temos tampouco ningún tipo de problemas en contestar, tanto eu coma os meus compañeiros responsables deste departamento. Aquí a pregunta que fai vostede, non hai ningunha partida para o que vostede pregunta, é dicir, polo tanto a modificación de créditos está perfectamente clara, é para transportes, para actividades culturais, para limpeza e aseo, para seguridade, para estudos e traballos técnicos, para unha exposición de Cabanillas, que é un acordo ó que se chegou co concello de Cambados, e para mellora das instalacións, isto significan 269.000 euros. En calquera caso, bueno, me parece moi ben que vostede faga algunhas preguntas concretas, é dicir, polo traballo que fai o Director, o Director fai un traballo puramente técnico, de momento a decisión e a dirección política tena o goberno, como sempre, como vostedes no seu concello. Como comprenderá nós non xogamos a técnicos, supoñemos que os técnicos tampouco xogan a políticos, ás veces, sabe vostede, os que temos certa experiencia, que se confunden, se confunden políticos que xogan a técnicos, que fan informes, e técnicos que xogan a políticos. De momento nesta casa, mentres os cidadáns e os concellos, os alcaldes e as corporacións nos dean o apoio para estar aquí este equipo de goberno, este equipo de goberno vai a tomar as decisións políticas que considere oportunas, loxicamente, trasladándollas, amparándose na legalidade, e trasladando todas as directrices para que os técnicos pois respondan a esa dirección política como non pode ser doutra maneira. ¿Que ocorre ás veces?. Pois ás veces ocorre que políticos xogan a técnicos, fan informes, e técnicos xogan a políticos, é dicir, pero bueno, pero esa é unha cuestión que evidentemente non se lle escapa a vostede coa experiencia, coa experiencia que ten. Polo tanto, o papel que xoga o Director pois é o mesmo de sempre, é dicir, plantexar as cuestións puramente técnicas que considere oportunas, a dirección política elixe as que considera máis convintes ou non, pero tamén a dirección política pois evidentemente toma decisións, é dicir, nós estamos aquí para tomar decisións e creo que se hai un goberno, se hai un goberno que se implicou co desenvolvemento do Museo de Pontevedra é este, se hai un goberno que potenciou o Museo de Pontevedra é este, se hai un goberno que cada día ten máis claro que o Museo de Pontevedra xoga un papel fundamental tanto a nivel museístico, cultural, e incluso como turístico, porque aí están os datos, é dicir, é este; e se hai un goberno que fixo unhas políticas claras, museísticas, para que o Museo de Pontevedra sexa, teña a relevancia que ten, a prestancia que ten, e a que vai a ter, máis do que vai a ter aínda, é este. Eu creo que estes membros do goberno do Partido Popular presididos polo Presidente D. Rafael Louzán, evidentemente si que pasarán á historia pola potenciación do Museo de Pontevedra, non lle quepa ningunha dúbida, é dicir, iso está aí, están os datos, datos económicos, datos de xestión e os datos da afluencia de público, é dicir, estamos rebasando todas as cifras históricas que tiña o Museo de Pontevedra, nunca na historia de Pontevedra foi tan visitado este Museo coma no último ano, nunca. Me apuntan a día de hoxe 158.000 persoas, polo tanto, bueno, pois eu creo que iso está aí, ¿que ocorre?, ó mellor pois algúns pensan que o Museo segue sendo unha instalación propiedade dalgún e non é propiedade de nadie, é a propiedade de todos os pontevedreses e pontevedresas, de todos os galegos e de todas as galegas e por suposto de todos os que o queiran visitar. E creo que niso está, pero de todas maneiras está moi ben que vostede faga esta pregunta, é unha pregunta moi interesante do transfondo que ten, máis interesante do que vostede pensa, quere dicir que seguramente hai alguén que intenta desestabilizar o Museo, e iso mire, mire por onde, ó mellor incluso chegando esta información, é bo que chegue esta información aquí a esta corporación. Se vostede fai esta pregunta, evidentemente, é porque alguén acudiu a vostede para que a fixera, como dicía un compañeiro difunto que estivo moitos anos nesas bancadas, isto é cuestión de olfato, cheiro político, olfato político. Pois mire, eu creo que fixo ben facer a pregunta porque así tamén nós imos a actuar loxicamente en consecuencia á pregunta que vostede fai. Haberá que buscar máis información seguramente. Sr. Presidente.- D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- (Non se escoita o que di). Sr. Figueroa Vila.- Se algún compañeiro, tanto a Sra. Pedrosa como o Sr. Durán, que son os responsables directos, eu lle estaba falando dunha modificación de crédito, loxicamente, pero bueno, de algo que estou aquí, tamén me entero e escoito, e olfatiño algo xa teño. Sr. Presidente.- Adiante. Sr. Durán Hermida.- Gracias Presidente. Bos días. Non, de xeito moi breve, porque eu, había dúas cuestións sobre este punto, ademais é un punto que ten moito que ver coa Dirección do Museo, porque esta modificación de crédito é un punto xa fundamental, pero bueno, o Sr. Mosquera, xa sabemos que aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid. Dúas cuestións moi concretas, primeiro, a exposición sobre Cabanillas, a exposición sobre Cabanillas, estamos falando dunha exposición que se desenvolve no seu primeiro momento en Cambados, que se desenvolve neste momento no Museo de Pontevedra e que irá a outros lugares. É unha exposición, dende o punto de vista da mesma, bueno un personaxe, creo que estamos de acordo todos os que estamos aquí, pois irrepetible na historia de Galicia, por moitisimas cuestións, e creo que ademais é unha exposición fundamentalmente en base a fondos que están no Museo de Pontevedra, e dende esa perspectiva, Cabanillas e os artistas galegos do seu tempo, pois loxicamente a Deputación, o Museo de Pontevedra ten que ter unha presenza fundamental, é unha exposición dirixida a todas e todos os galegos, non creo que haxa ningún gato encerrado niso como acostuma de xeito sistemático a manifestar o Sr. Mosquera sempre que intervén nos Plenos desta casa. E en segundo lugar, en segundo lugar, recentemente tivo un amplo eco mediático, presentouse, de todos é sabido, a edición 2010 da Bienal de Arte de Pontevedra, onde existe un comisario, onde existe unha temática, onde se está traballando e onde dende o departamento de Cultura desta Institución, decidimos en función da especialización da temática e en función duns antecedentes que todo o mundo coñece, que é a etapa da Bienal de Pontevedra onde había comisariados externos a esta institución, decidimos que fora un comisariado externo a esta institución o que o levara, por se vai por aí a pregunta ou a insinuación do Sr. Mosquera, amais, amais diso, todo o mundo sabe que o Director do Museo de Pontevedra, que é unha persoa solvente, de forma ben acreditada, pois está traballando en diferentes exposicións do que é a programación anual do Museo, e á parte diso tamén, pois, ten como obxectivo, el e o resto do equipo do Museo, nos próximos anos, levar a cabo o que é a museografía do sexto edificio, que leva tamén suficiente tempo e traballo para levalo adiante. Por esa perspectiva dende estes dous puntos de vista tomamos esa decisión, como dicía o Portavoz do Grupo Popular, se o Sr. Mosquera quere que falemos do Museo quizás non sexa este punto que hoxe nos trae aquí, pero bueno, como todo o que vén á rede é peixe, Sr. Mosquera, pois bueno. Nada máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. É absolutamente milagroso o discurso e razoamento que se fai. Bueno, se o Museo gasta nunha actividade, sexan as xornadas de Galicia Bilingüe, sexa a Bienal, sexa o que sexa, evidentemente iso ten un reflexo orzamentario, como vostedes teñen a brillante práctica de nunca poñer as memorias, saber por que se aumenta ou se diminúe unha partida, pois obviamente non queda máis remedio que preguntar, porque non sei se en publicidade hai que ampliar a partida, por que se gastou aí ou non, non sei se en actividades culturais hai que facelo, non sei se en transporte, etc., obviamente se se gasta nunha cousa non se pode gastar noutra ou hai que tapar ese burato, non queren contestar, bueno, alá … Con respecto ó Director Artístico do Museo, Sr. Figueroa, teña un pelín de coidado co que di, digo eu, porque francamente aquí nin máis nin menos fixo unha acusación pública de que un funcionario quere xogar a político, e de que entende, entende que o Museo é propiedade del, bueno, e non só iso, senón que tivo como consecuencia unhas ameazas de represalias obvias, obvias, son absolutamente obvias. E con respecto á intervención deste Portavoz ou de calquera outro grupo, o único que lle podo dicir é que veu motivada, única e exclusivamente, por dúas cuestións, unha que apuntou agora o Sr. Durán, que apareceu na prensa de que na Bienal o Director Artístico non participaba para nada, e outra as xornadas de Galicia Bilingüe, que en principio estaba de vacacións, e nin estaba enterado, única e exclusivamente por iso, segundo a información que chega, ben, senón é, e tal, agora, independentemente diso, pois se aclara, é dicir, mire, non temos confianza nel e punto, non pasa nada, obviamente a un funcionario de libre designación vostede lle pode dicir, temos toda a confianza … súas funcións. Agora esa resposta ameazante, acusatoria e ameazante, francamente está absolutamente fóra de lugar, absolutamente, me parece, fóra de lugar. Eu dende logo no caso do señor, vamos, do Sr. Director Artístico do Museo, coñecéndoo a vostede estaría temblando neste momento, senón está, estaría temblando despois de escoitar o que escoitei aquí. En todo caso é problema de que eu nin teño gran relación con el, nunca a tiven, nin deixo de tela, precisamente é un señor que coñezo por estar nos Patronatos, nada máis, pero esa ameaza que vostede soltou, vamos a investigar e seguramente sexa por tal, francamente, asegúrolle que dende logo ninguén nos veu con ningún conto, como se viñera, pero non veu, en absoluto, en absoluto. Sr. Figueroa, pola boca morre o peixe, e me parece que unhas ameazas deste calibre contra un funcionario, me parece que son absolutamente fóra de lugar, e igual explican, eu creo que non hai ningunha explicación máis, dámonos por explicados, retiramos xa a pregunta porque explican perfectamente o que está a pasar no Museo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sra. Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Simplemente un segundo para aclarar que, evidentemente, el Director del Museo está plenamente informado a pesar de estar de vacaciones, porque antes de estar de vacaciones estaba planificada esta jornada a la que, por cierto, no puso ninguna objeción. No se de donde saca usted ese desconocimiento porque yo personalmente hablé con el Director del Museo, como Presidenta ejecutiva del mismo, y planifiqué la coordinación y se quedaron las personas que no estaban de vacaciones encargadas de lo mismo, se tramitó todo con el presupuesto del Museo, que por cierto está bastante bien saneado, el plan de actividades, y lo que viene aquí es para cosas totalmente diferentes que sino se lo hubiéramos explicado sin ningún problema. Y por otro lado, usted que estuvo en el Patronato del Museo tantos años, podría haberse enterado, si hubiera estado atento, que la Bienal no depende del Museo sino del departamento de Cultura de esta casa que es quién organiza la Bienal, y, con independencia que físicamente se desarrollen algunas exposiciones en el Museo, otras en el Pazo da Cultura, otras en el Instituto, y además depende del departamento de Cultura y no del Museo de Pontevedra la organización de la Bienal de Arte. Sr. Presidente.- Bueno, pois aclaradas esas cuestións procedemos polo tanto á votación. ¿Votos en contra?. ¿A favor?. ¿Abstencións?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 14 de outubro de 2009, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2009, do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra, por un importe global de 269.320,00 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte. Resultando que ó non existir consignación suficiente no vixente orzamento do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra para atender estes gastos é necesario suplementar polos importes que se relacionan, os créditos das seguintes partidas: PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE 09/845.454.223.00 Transportes………………………………… 12.000,00 € 09/845.454.226.02 Publicidade e Propaganda………………….. 20.000,00 € 09/845.454.226.11 Actividades Culturais………………………. 15.700,00 € 09/845.454.227.00 Limpeza e aseo…………………………….. 7.300,00 € 09/845.454.227.01 Seguridade…………………………………. 3.000,00 € 09/845.454.227.06 Estudos e traballos técnicos……………….. 83.720,00 € 09/845.454.489.05 Transferencia concello Cambados “Exposición Cabanillas”…………………………………. 89.600,00 € 09/845.454.633.03 Melloras instalacións………………………. 38.000,00 € Resultando que este expediente de modificación de créditos número 1/2009 finánciase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2008. Resultando que no informe de Intervención de data 15 de outubro de 2009, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2009 do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1. Aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/2009 do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra, por importe global de 269.320,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos………… 141.720,00 euros Capítulo 4º Transferencias correntes……………………… 89.600,00 euros Capítulo 6º Investimentos reais…………………………… 38.000,00 euros Total variacións por capítulos………………… 269.320,00 euros O detalle do expediente concrétase en que incrementan o seu crédito as partidas que se relacionan polo importe que se detalla a continuación. PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE 09/845.454.223.00 Transportes………………………………… 12.000,00 € 09/845.454.226.02 Publicidade e Propaganda……………. 20.000,00 € 09/845.454.226.11 Actividades Culturais…………………… 15.700,00 € 09/845.454.227.00 Limpeza e aseo…………………………. 7.300,00 € 09/845.454.227.01 Seguridade………………………………. 3.000,00 € 09/845.454.227.06 Estudos e traballos técnicos…………… 83.720,00 € 09/845.454.489.05 Transferencia concello Cambados “Exposición Cabanillas”………………….. 89.600,00 € 09/845.454.633.03 Melloras instalacións……………………. 38.000,00 € Total suplementos de crédito…………… 269.320,00 € Este expediente financiarase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra, correspondente ó exercicio de 2008. 2. O expediente de modificación de créditos número 1/2009 do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 6.5875.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 1/2009 DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “TURISMO RÍAS BAIXAS” Sr. Presidente.- Punto número seis. Expediente de modificación de créditos nº 1/2009 do organismo autónomo local “Turismo Rías Baixas”. Sr. Mosquera. ¡Ah!, quere explicalo. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, vamos a ver isto xa llo expliquei ós Voceiros de cada grupo no organismo, no Consello de Administración, bueno, isto son unha serie de partidas que hai de remanentes, que estamos en contacto co sector todos, e ademais o digo, que aquí hai un certo consenso nesta idea do que estamos a facer, e bueno, o único é unha cuestión puramente técnica, é dicir, de habilitar ou por en disposición esas partidas que tiñamos de remanentes para, se son necesarios, facer algún proxecto concreto que estamos elaborando co sector, que está, eu creo que están enterados os dous Voceiros tamén, tanto o do Partido Socialista como o do BNG, se fose necesario facer algún programa ou algunha actuación concreta, que vai a ser necesario axudar a este sector de cara ó ano 2010 e 2011, pois o faríamos, seguramente non disporemos de toda esta cantidade porque é unha cantidade importante, pero bueno, queda aí e en calquera caso estarán perfectamente informados desta situación e de todo o gasto que se poida producir aí a través do Consello. Hai un compromiso por parte do equipo de goberno de que calquera partida que se poña ou se habilite, que bueno, que a concretemos e que a consensuemos co sector. Eu creo que é un sector, o turístico, que temos unha oportunidade o ano que vén, o ano Santo, o ano Xacobeo, e en calquera caso, tamén hai unha política clara por parte de todos e unha idea clara, que non temos que pensar só no ano 2010 senón que as políticas que fagamos de cara ó ano 2010 poidamos utilizalas tamén como campaña para o ano 2011 e incluso posteriores. Estamos falando ata o 2011 porque é loxicamente o que acaba o mandato destes catro anos e esa é un pouco a filosofía. Polo tanto, eu lle pediría que na medida do posible que apoiasen esta proposta, que eu creo que é boa para o sector, e é boa para o futuro do turismo na provincia de Pontevedra. Moitas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Dende logo hai unha cuestión de fondo, é que nunca os entenderei, nunca lograremos entendelos, francamente non alcanzamos a entendelos na política económica ou na xestión xeral desta casa, isto vai a golpes segundo corresponde e demais. Explícome, o orzamento do Patronato de Turismo Rías Baixas son 3.200.000€ ou algo así desa orde, ben, resulta que estes anos de vacas gordas teoricamente se acumulan uns remanentes, e agora nestes momentos nin máis nin menos que din incrementar ó Patronato 2.317.000€. Bueno, a ver, díganme como se casa esta cifra co anuncio que fixeron vostedes, e é real polas contas que temos todos, de que para o ano que vén esta casa vai a ter que reducir o orzamento en 20, en 30 millóns ou no que lle cadre, sobre unha hipóteses que acaba de reproducir agora vostede, de que por se fai falta, por se fai falta en época en que hai que apretar o cinto a administración á morte, por se fai falta, de verdade, ou sexa, para poñer un exemplo, é dicir, senón chega ó final de mes, que parece que o ano que vén vamos a sufrir para chegar ó final de mes, dígoo como Institución, como Deputación, non, colle e ponlle, di, é que teño aquí uns furruchos, vounos poñer a prazo fixo, por se fan falta, ¿como?, pero se me fan falta para outras cousas, en todo caso será para tapar as necesidades urxentes. Mire, a batalliña que nos acaba de contar e que contou no Patronato e demais, francamente, francamente, ou sexa, se vostedes estaban gastando no Patronato, que sabe que fomos os que defendemos que se subira o orzamento, pero, se tiñan 3.200.000 ou 300, non os estaban gastando, bueno, pois este ano tiren ata gastalo todo. Pero meterlle dous millóns e pico, por se fan falta, francamente … Mire, haberá outras razóns, haberá outras razóns, se quere avánzollas, se quere avánzollas, ou sexa, claramente. Pero ó sector, calquera sector, se lle pide, ¿quere máis cartos para ese sector?, siiiiiiiii, obviamente, iso non vale, terá que tomar a decisión de a quen se lle dá máis ou se lle dá menos, e non teño nada en contra do sector, nin temos, obviamente. E porque non reúne ós de Deportes e lle di ¿queren que lles triplique o orzamento de Deportes?, siiiiiiiiiiiii; e porque non reúne ós de Cultura, si, e porque non reúne os de Príncipe Felipe, ¿quere duplicar orzamentos?, si, bueno, iso non vale. Mire, a cuestión será outra, a cuestión será outra, terá bastante que ver con quen estivo cobrando na Xunta ata hai uns meses, e o que vai gobernar, e o que está disposto a meter en turismo. Bastante ten, moito máis ten que ver con iso que co que nos vén contando aquí. Entón aquí, pois mire, metemos cartos en Turismo que sempre o defendemos, non os gastamos, agora de repente a Xunta debe andar apurada e entón si os gastamos cando andamos mal de cartos na Deputación, etc. Mire, non é serio, ou sexa, non é serio, e hai que aquilatar ata o último euro, e de repente duplicarlle orzamentos, non están gastando o orzamento no Patronato, non o están gastando, está quedando medio millón, un millón, cada ano sen gastar, e agora de repente este ano duplícalle o orzamento, nestes momentos, ben, pois diga que é, pois mire, é que queremos facer un esforzo porque a Xunta nolo pide, polo Xacobeo, vale, pois dígano, dígano, díganolo, e se lle fai falta metémolo e senón díganolo, e nós aquí non temos política propia, estamos ó son do que pasa en Santiago cando gobernamos ou cando non gobernamos, díganolo, pero non nos diga duplicarlle, duplicarlle, e digo, e ademais non nolo diga a nós que levamos anos e anos batallando para que do turismo se faga unha promoción seria e se lle metan máis cartos, e débelle constar. Home, pero nestes momentos, nestes momentos, nestes momentos, de verdade, non nos conte batallitas, non nos conte batallitas, ou sexa, a cuestión é outra, a cuestión é outra, e despois teremos que, cando cheguen os orzamentos do ano que vén, xa o veremos recortar ata na última, non no último euro porque non o hai, e nisto que, repito, repito, non temos nada en contra do sector e en contra de que o Patronato estea ben financiado. Agora, o que non vale, estamos gastando 2.500.000 cada ano en Patronato e este ano, a final de ano non sabemos por que, ou si sabemos, pois lle duplicamos o orzamento, o plantamos en 5,5 en época en que hai que apretar o cinturón e hai que medir cada euro a que se destina, que esta modificación diga, pois vamos a meter 300 euros para isto en concreto porque é necesario. Ben, sabe que lle votamos a favor case sempre, agora isto, dous millóns e pico porque si, a ver que pasa, dende logo non é razón nin nada que se pareza. Moitas gracias. Sr. Presidente.- D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa, o que coñecíamos todos, esa intención que nos dixo, a intención de chegar a acordos e consensuar calquera actuación, etc. Pero a realidade é que cando un pon enriba da mesa un expediente de modificación de créditos de 2.300.000 euros, estábamos esperando que o Partido Popular puxera enriba da mesa tamén, por boa lóxica, ese plan de choque para atender ó sector turístico nunha situación de crise, iso é o que estabamos esperando e estabamos esperando que aí nos dixera algo o Partido Popular, polo menos do que eles pensan, que despois podería consensuarse ou non, podería discutirse ou non. Pero críamos que este era o momento e claro, resulta que neste momento o único que fai o Sr. Figueroa é dicirnos, que bueno, temos aí 2.300.000 euros e xa o consensuaremos. Pois bueno, mire, como no punto anterior non íamos a votar a favor porque non votamos a favor do orzamento, vamos absternos, pero non só polo do orzamento senón porque, volvo a repetir, esperamos polo menos liñas mestras dese plan de choque contra a crise no sector turístico. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, o Sr. Mosquera cando está na oposición na Deputación fala dunha maneira, pero, Sr. Mosquera, vostedes teñen aquí un plan de 600-700 mil euros nesa asociación que teñen de Pontevedra, e nós non lle dixemos nada senón todo o contrario o apoiamos. Miren, durante seis anos ou sete a situación no turismo foi boiante, nos últimos seis-sete anos, e nós fomos facendo as nosas economías dentro do propio departamento, gastamos o necesario única e exclusivamente e fomos tendo uns remanentes, isto é como unha familia que se as cousas van ben pois non gastas e vas aforrando, e cando a situación é complicada pois tes uns aforros e os aforros pois o lóxico é que nun momento de crise se apoie a un sector, e iso é o que estamos facendo, porque quero dicirlle a todos que non estamos incluíndo ningunha partida a maiores da Deputación, isto é do propio presuposto do organismo autónomo dos últimos seis anos, que se foron facendo aforros porque a situación económica do sector era boiante, boiante non, moi boiante. Nós tivemos unha vontade clara dende o primeiro día de axudar ó sector turístico, e o fixemos, e o fixemos dunha maneira clara, agora nos están copiando outros, é dicir, é que o felicitamos, que vostedes tamén queiran un edificio novo, pero levan seis anos de retraso con respecto a nós. Vostedes nos criticaron que compráramos un Palacete, primeiro, foi unha inversión magnífica, que eu teño que felicitar ó Presidente porque foi unha decisión del que incluso algúns cuestionábamos, mire o que lle digo, eu ata o cuestionaba no seu momento, pero agora teño que recoñecer publicamente que despois de sete anos foi unha das mellores decisións que tomou, é dicir, porque hai un patrimonio. Onte, mire, onte, había trescentas persoas de fóra, miren, miren, non, as casetas é unha vergonza, non se ría, non se ría, porque mire, ¿sabe cal é o problema?, onte viñeron trescentas persoas de fóra, de toda España, e é unha vergonza, preguntaban ¿como seguen coas casetas alí?, se ríe, vostede se ríe, eu non me río, eu non me río, porque ¿sabe o que ocorre?, é un sector, é un sector que está dando emprego na provincia de Pontevedra a 50 ou 60 mil persoas. Vostede se ríe pero eu non me río, pero onte pola noite na cidade de Pontevedra había trescentas persoas de turoperadores de toda España, ¿entende?, non a trouxo o concello, o trouxemos nós, e visitaron o Palacete, e visitaron o Museo, e despois tivemos que acompañalos durante tres horas por toda a cidade de Pontevedra, senón pregunte vostede ós cidadáns de Pontevedra se estaban cheas ou non as rúas da cidade de Pontevedra. E claro que preguntaron polas casetas, pero non me vai a desvíar vostede a atención, que por certo a ver se as retiran dunha vez. E segundo, que nós, digo que estivemos facendo unha serie de políticas axustadas, e mire, o curioso do tema é que é ó revés do que vostede di, ó revés, a Xunta do bipartito, do BNG-Partido Socialista, tiñamos unha axuda de 30.000 euros e ¿sabe o que fixeron?, nola retiraron, 30.000 euros, ata en iso. Pois mire, nós é ó revés, xa lle vou anunciar agora para que mire como traballamos, que a Xunta de Galicia vai a firmar un convenio con esta Deputación de 250.000 euros, para a potenciación do turismo, pero non só con Vigo, onte firmouno en Vigo tamén, non só con Pontevedra, senón en Vigo tamén se fixo un convenio de 3.000.000 coas tres administracións, esa é a política distinta de vostedes. Mire, ó revés, en vez de que nós teñamos que darlle á Xunta nos vai a dar a Xunta, xa lle anuncio que nas próximas semanas o Presidente da Deputación máis a Secretaria Xeral de Turismo van a firmar un convenio de 250.000 euros para que a provincia de Pontevedra poida utilizalo en infraestruturas turísticas, esa é a cuestión. E nós dicimos, e é certo, que é unha cuestión puramente técnica, seguramente non vamos a gastar eses cartos, se eses cartos teñen que ir para outros lados que sexan prioritarios van a ser, pero nós temos unha aposta clara co sector turístico, e se demostrou que o traballo dos seis anos anteriores, que foron bos, tivo a súa repercusión durante os últimos meses, que o sector turístico a pesar da crise profunda que está a vivir este país por culpa doutros, por culpa doutros, está aguantando, e ¿sabe por que está aguantando?, porque houbo consenso, porque houbo políticas de acordos entre todas as administracións, porque co sector privado esta Deputación e Turismo Rías Baixas tivo sempre acordos, houbo apoios cos concellos, houbo axudas para que os concellos puidesen por e levar a cabo as súas políticas turísticas, e iso é o importante, o importante non é gastar, é gastar o necesario e invertilo ben. E por iso volvo a repetir, claro que si, que estas son as economías das políticas presupostarias de anos anteriores que nos dan esta cantidade e agora a temos aí. Se a utilizamos en turismo pois o utilizaremos no que sexa necesario, no que consideremos, pero no que sexa necesario e imprescindible, non vamos a tirar os cartos, eses cartos senón se utilizan no sector turístico, porque ó mellor consideramos que cunha cantidade menor é suficiente, irán a outras prioridades que teña esta Deputación, pero son economías do organismo Turismo Rías Baixas, que soubo aforrar, soubo gastar o necesario e imprescindible, e agora, agora, pois ten cartos para poder utilizar no sector ata onde sexa necesario, ata onde podemos consensuar e ata onde entendamos que teñamos que investir e gastar, e o que non sexa necesario, evidentemente, irá para outras necesidades que poida ter esta casa. ¿Sabe vostede o problema que ten?, que aquel discurso que facía de caótico desta casa, de que tiña unhas economías non sei que, de que estabamos ata onde non sei onde, de que non íamos aguantar, resulta que agora, agora, resulta que esta casa e esta institución é a que mellor está aguantando a crise de todas as administracións, ¿entende?, esa é a diferencia, quere dicir que non o fixemos tan mal, había que mirar ó mellor onde xestionan vostedes cal é a situación. E no Museo pasa tres cuartos do mesmo, no Museo tamén temos remanentes para facer esta política e serán utilizadas para o Museo, para Turismo Rías Baixas, para Escola de Canteiros, para Servizos Sociais ou para que os concellos poidan abrir as súas portas, cando chegue o momento esta Deputación e este goberno tomará a decisión máis oportuna. Esa é un pouco a diferencia, claro, a vostede se lle agotou o discurso, o discurso de que esta casa ía á ruína, de que esta casa estaba en quiebra, de que, claro é que despois haberá outro punto onde lle direi o pufo que deixaron vostedes en Xestur, os magníficos xestores, diso falaremos agora no seguinte punto, desa xestión magnífica que fixo o BNG en Xestur, que en tres anos votou á quebra a Xestur, ten as portas pechadas Xestur, dos xestores do BNG tan magníficos. Pero non, pero non, chegaremos porque é unha modificación de crédito, que espero que a aproben, porque é por culpa de vostedes, por culpa da desfeita que deixaron vostedes en todos, neses magníficos polígonos industriais que ían a facer, pero iso vén despois, agora estamos falando de Turismo. Nós dende logo estamos tremendamente orgullosos do traballo que se está facendo neste sector, e non o dicimos nós, o di o sector. É dicir, polo tanto, e tamén nos gusta que o concello de Pontevedra e toda a súa comarca, que copie o que estamos facendo, que é bo, que agora digan que teñen que ter un edificio propio, de que agora digan de que teñen que ter pois un consorcio ou unha institución para representalos a todos, que xa vaian a Fitur, que antes non ían, etc., etc., ou sexa, que ó final están copiando todo o que estamos facendo nós. E xa lle adianto Sr. Mosquera, para contradicilo, esta vez meteu a pata ata dentro, en cuestión de días ou de semanas a Secretaria Xeral de Turismo virá a firmar co Presidente da Deputación 250.000 euros, que van a entrar nas arcas desta casa, desta casa, que ata agora con vostedes non había nin esa posibilidade, non só iso senón que 30.000 euros que tiñamos para folletos nolos retiraron, miren vostedes o grandes xestores que son vostedes, pois o Presidente firmará, ese é o primeiro convenio, o primeiro. Onte en Vigo se acaba de firmar para o sector turístico un de tres millóns e medio, dun acordo entre tres institucións, de entre tres institucións, concello, a Xunta de Galicia e o Goberno Central, que é como hai que traballar, pero vostedes nin iso, non sei que fixeron durante tres anos e medio. E tamén lle digo unha cousa, miren, nós intentamos consensuar e facer absolutamente todo de acordo con vostedes, se vostedes non queren entrar neste consenso, alá vostedes, nós vamos a seguir, vamos a seguir, non se preocupen, vamos a seguir coas nosas políticas e aí están os datos, os datos, claro, se a vostede hai un sector que non lle preocupa, que dá emprego a case 60.000 persoas, bueno, pois, ¿que quere que lle diga?, é que ó mellor igual era un sector que parece que non lle preocupa a nadie, é dicir, parece que aquí só preocupa a automoción, que tamén preocupa, os temas industriais, pero, ese sector, volvo a repetirlle, que está dando emprego na provincia de Pontevedra a preto de 60.000 persoas, preto de 60.000 persoas, ten atencións desta casa e ten o que lle corresponde, consensuado, medido, e, pois con políticas razoables, ata onde nós podemos chegar, tampouco moito máis, porque é certo que temos moitas outras prioridades. E eses cartos se son necesarios para o sector se emplearán ó 100%, senón son necesarios pois serán para as prioridades que marque o goberno da Deputación como non pode ser doutra maneira. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, como se falou de todo menos do que tocaba eu vou a procurar ser breve. Primeiro, non é maltrato, non é ningún trato malo, maltrato no sentido de trato malo, que a Xunta lle dea 250.000 euros á Deputación e a Deputación poña 2.317.000 para tapar á Xunta, é un trato fantástico e demais. Mire, eu dende logo estou francamente admirado e creo que as loas que lle está votando continuamente o Sr. Figueroa a Pontevedra son, en fin, son moi de agradecer, dende logo se traen trescentos turoperadores estando as casetas, estando a desgracia das casetas será por algo, será porque Pontevedra fixo algo e funciona de determinada maneira que ten ese atractivo, se cadra nin tan sequera pola súa vontade senón porque obviamente do PP local non, se cadra é porque … Pontevedra ten tal potencial como atractivo turístico que nin as casetas son capaces a desgracialo, vamos é unha loa do Sr. Figueroa francamente de agradecer. Mire, a alturas de outubro e de novembro deste ano, para o ano que vén se supón que é un ano forte e demais, 2.317.000 euros para se xurde algo, francamente, francamente non, esa é a previsión, a organización, o saber o que se fai, etc., xa veremos, supoñemos que xa o veremos, francamente, máxime nesta época, non podemos compartir esta política económica, e non trate de asociar isto con que se defendemos o sector ou atacamos o sector e demais, porque non ten nada que ver, estamos falando da política económica da Deputación e do que está facendo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa, doce minutos de discurso está moi ben, pero a pregunta era outra, é dicir, ¿cal é o plan de choque do Partido Popular diante dunha situación de crise do sector turístico?, ¿en que van a gastar os 2.300.000 euros?. Non me diga que a estas alturas nunha situación de crise se pode dicir, “non, é para ter”, non, non, mire, non é para ter, é para facer un plan e poñer os cartos enriba da mesa, pero diga para que, diga cal é ese plan do Partido Popular e a partir de aí discutimos e podemos consensuar ou non, pero doce minutos para nada non. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Sr. Mosquera, ¿sabe cal é a diferenza entre vostedes e nós, e eu neste caso concreto?. Claro que eu defendo Pontevedra e non teño esa visión localista que ten moita xente, vivo en Vigo, son representante de Vigo, quérolle á miña cidade, pero tamén quero que as demais cidades crezan, non como vostedes que teñen miopía, vostedes teñen miopía, aínda seguen coa historia das delegacións e da provincia. Eu asumo perfectamente como vigués que Pontevedra sexa a capital da provincia de Pontevedra, asúmoo totalmente, pero tamén quero, tamén quero que á miña cidade se lle dean os servizos como a unha cidade de 300.000 habitantes. Pero non entro nesa discusión, pero vostedes, eu non sei se é un problema ás veces, dentro do BNG, de complexo, é dicir, de complexo, porque non pode ser doutra maneira, porque mire o que lle estou dicindo publicamente, estoulle dicindo que asumo na súa totalidade que Pontevedra sexa capital da provincia, pero tamén digo, o outro día escoitei a Moncho Borrajo, e ¿sabe o que dicía?, dicía “sempre todos din si pero ...”, pois tamén lle digo, eu quero iso pero tamén quero que a miña cidade, que é Vigo, pois teña todos os servizos e iso é o que vostedes non se enteran aínda, non se enteraron, sigan así, sigan así que xa lle deron un bo repaso hai uns cantos meses, vostedes sigan así, sigan, que ó final xa son poucos pero eu creo que cada día van a quedar menos, porque a visión é outra, home, é moito máis global, moito máis global, ten outra perspectiva o futuro da sociedade, porque xa me dirá vostede, claro que o defendo, por suposto que o vou a defender, pero tamén defendo, non, non se entera, vostede non se quere enterar, pero eu llo estou dicindo claramente. Mire, as políticas, por exemplo, hai políticas concretas, que alguén poida facer unha xestión para que en Vigo saian e cheguen 24 cruceiros, ¿sabe cantas persoas son esas?, só deses 24 cruceiros que poden durmir na área metropolitana, pois son 30.000 persoas. ¿Sabe vostede o que significa que 30.000 persoas poidan pernoctar nunha cidade saída ou entrada de cruceiros, á parte dos cento e pico que chegan máis?. E, claro que onte había aquí nesta cidade 300 persoas de toda España, profesionais do turismo, profesionais a nivel cualificado e nivel nacional e internacional. Bueno, pois tiveron nesta cidade, e miraron o Museo, miraron o Palacete que é un orgullo para nós, claro, moitos quedan sorprendidos que unha sede de turismo, unha capital de provincia ou unha provincia como Pontevedra pois poida ter esa sede que non a ten ningún lugar de España. Pero a pregunta que fago é, ¿se vostedes cren que esa sede é tan, por que vostedes agora queren facer unha sede nova?, que cousa máis curiosa, é dicir, despois de seis anos, se enteraron despois de seis anos, que teñen que ter vostedes unha sede, home, e se enteran que teñen que facer políticas, e que teñen que ter técnicos, e que teñen que ter un organismo autónomo ou un consorcio, iso descubrírono vostedes agora, nós non, nós levamos traballando seis ou sete anos. E con respecto a D. Emilio González, pois dicirlle claramente que si vamos a ter ese plan, é dicir, pero terémolo cando o goberno, os tempos dende logo ata o día de hoxe os marca o goberno, vostedes aínda son oposición, onde nós somos oposición temos que aguantar os tempos que marca o goberno, pois vostedes supoño que en Redondela cando leve o presuposto e o plan de choque que queira facer, os marca vostede, ¿si ou non?, non lle deixa a Paqui Canal facelo. Bueno, pois aquí pasa exactamente igual, xa o faremos nós, non se preocupe, e non vai a ter ningún tipo de problema, estou convencido que cando llo plantexemos vostede o vai apoiar, estou totalmente convencido, porque creo que é unha persoa responsable e o vai apoiar, non se preocupe. Sr. Presidente.- Bueno, procedemos polo tanto á votación do punto número seis. Do expediente de modificación de créditos do organismo autónomo local “Turismo Rías Baixas”. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 21 de outubro de 2009, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2009, do Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas”, por un importe global de 2.317.317,34 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte. Resultando que ó non existir consignación suficiente no vixente orzamento do Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas” para atender estes gastos é necesario suplementar o crédito da partida 09/875.751.226.23, en 2.317.317,34 euros. Resultando que este expediente de modificación de créditos número 1/2009 finánciase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo “Turismo Rías Baixas” correspondente ó exercicio de 2008. Resultando que no informe de Intervención de data 21 de outubro de 2009, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2009 do Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas”, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1. Aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/2009 do Organismo Autónomo “Turismo Rías Baixas”, por importe global de 2. 317.317,34 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos………… 2.317.317,34 euros Total variacións por capítulos………………… 2.317.317,34 euros O detalle do expediente concrétase en que incrementa o seu crédito a partida 09/875.751.226.23, denominada “Fomento do Turismo, Padroado de Turismo Rías Baixas”, por importe 2.317.317,34 euros. Este expediente financiarase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo “Turismo Rías Baixas”, correspondente ó exercicio de 2008. 2. O expediente de modificación de créditos número 1/2009 do Organismo Autónomo “Turismo Rías Baixas” será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 7.5876.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 3/2009 Sr. Presidente.- Punto número sete. Expediente de modificación de créditos número 3/2009. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Aquí temos un expediente que loxicamente si que nos preocupa, a ver se ó Bloque lle preocupa este ou non, porque ó mellor este tampouco lles preocupa, este igual non se enteraron que gobernaron na Xunta. Bueno, pois hai un expediente onde unha das partidas máis importantes, 900.000 euros; hai unha para mellora de estradas; para colectores, para compra de colectores, tamén para o concello de Moaña; para arranxo dun refuxio de animais; para seguir apoiando as actividades culturais, que nós pensamos que é unha prioridade e que ademais pois en momentos de crise tamén hai que apoiar a este sector; tamén para premios ós deportistas olímpicos, que, bueno, xa miro que intentaron xerar algunha polémica, é dicir, cos olímpicos e paralímpicos, mire, nós axudamos ós olímpicos e ós paralímpicos, e seguramente a oportunidade de alguén pois pretende agora facer xa algunha división. Hai unha partida de 130.000 euros para premiar a todos os deportistas que foron a Pekín e acadaron algún premio. E tamén, pois, dicirlle que nós a todos os que foron ás olimpiadas, a todos, cousa que non fixo ningún concello, nós lle demos xa un premio por anticipado, é dicir, gañaran ou non gañaran, quedaran primeiros ou non se clasificaran, iso é o que ó mellor moita xente non sabe, é dicir, esta partida é a maiores, a maiores, pero xa todos os deportistas que foron ás olimpiadas de Pekín tiveron tamén unha cantidade nos presupostos da Deputación. Pero bueno, dicía que aquí hai unha partida de 275.000 euros, que loxicamente pois, non podemos pasar por alto, e por que non podemos pasala por alto, pois, porque dende Xestur Galicia ou de Xestur Pontevedra, pois se nos di que hai que facer unha ampliación de capital, unha ampliación de capital de 4.500.000 euros, que corresponden ó Instituto Galego da Vivenda e Solo 62.000.000, o 62% de 2.700.000, á Consellería de Facenda o 31%, 1.400.000, e á Deputación de Pontevedra que temos o 6%, 275.000. Porque isto sabe, nós tiñamos o 20% ou o vinte e tantos por cento, cando na Xunta de Galicia anterior pois gobernaba o Partido Popular, chegou o BNG e o Partido Socialista e como son uns grandes fenómenos da xestión, pois o primeiro que fixeron foi ir facendo ampliacións de capital para deixar á Deputación case sen cuota, case apartarnos, porque case non querían nin que tivéramos nin voz nin voto, ó final fomos acadando aí unha representación e tivemos voz e voto. E mire, o curioso do tema, o curioso do tema, é que neste Pleno desta Deputación, desta Deputación, pois eu un día dixen, dixen, polo mes de xaneiro ou algo así, dixen que a Deputación estaba en quebra, ou Xestur estaba en quebra, dixen que Xestur estaba en quebra, neste Pleno desta Deputación, e ¿sabe os fenómenos de Xestur representados por D. Daniel Pino e D. Euloxio Alvarez o que fixeron?, pois fixeron un informe xurídico para levarme ós tribunais, a min, ou sexa, teño aquí unha acta, é dicir, dicindo que un consejero que non podía facer unhas declaracións desta magnitude porque eran mentira, me levaron ó Xulgado, e está a acta, a acta onde tomaron o acordo de levarme ó Xulgado por facer unhas declaracións desta magnitude. Pero resulta que o tempo Sr. Mosquera pon a todos no seu sitio, e tardou pouquiño tempo, vostedes seguramente non pensaban perder as eleccións, e igual taparían todo, pero claro, chegaron as eleccións e se descubriu o petate. ¿E cal é o petate?, NOTA DO ARQUIVO: FALTAN VARIAS PÁXINAS. Da 0100 V á 0107. Tecleo o remate 1. Aprobar o expediente de modificación de créditos nº 3/2009, por un umporte global de 900.000,00 euros, que resumindo por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos............................ 232.500,00 euros Capítulo 3º Gastos financieros......................................................... -900.000,00 euros Capítulo 4º Transferencias correntes................................................ 130.00,00 euros Capítulo 6º Investimentos reais......................................................... 246.650,00 euros Capítulo 7º Transferencias de capital................................................. 15.000,00 euros Capítulo 8º Activos financeiros........................................................... 275.850,00 euros Total variacións por capítulo..........................................................................0,00 euros O detalle do expediente é o seguinte: a) Créditos extraordinarios: PARTIDA ...................DENOMINACIÓN...........................................................................IMPORTE 611.432.851.00........ADQUISICIÓN DE ACCIÓNS DE XESTUR PONTEVEDRA SA.......275.850,00 € ..../... Este espediente de modificación de créditos número 3/2009 finánciase cunha baixa de 900.000,00, no crédito da partida 09/611.011.310.00, denominada "Gastos financeiros, intereses de préstamos". 2. O expediente de modificaciónde créditos número 3/2009 será expsoto ó público, para efectos de reclamación, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)