ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.768
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2010/03/26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/1.2010-03-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/03/26_Ordinaria

  • Data(s) 2010-03-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 26 de marzo de 2010 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e seis de marzo do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado D. Francisco Xabier Alonso Pérez. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.5925.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Bos días. Primeiro a aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria, do día 26 de febreiro de 2010. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de febreiro de 2010. 2.5926.- DAR CONTA DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO DE 2009 Sr. Presidente.- Punto número dous. Dar conta da liquidación do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos correspondentes ó exercicio de 2009. O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra de conformidade co previsto nos artigos 191.3 e 192.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e 90.1 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril, aprobou, dentro do prazo establecido ó efecto, a liquidación do orzamento da Deputación e a liquidación dos orzamentos dos seus organismos autónomos correspondente o exercicio de 2009. A efectos de dar cumprimento ó disposto no artigo 193.4 do citado Real decreto lexislativo 2/2004 e no artigo 90.2 do Real decreto 500/1990 e tendo en conta o establecido no artigo 3.2 en relación co 19.3 do Real decreto lexislativo 2/2007, de 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria, dáse conta ó Pleno das resolucións ditadas polo Presidente aprobando ditas liquidacións nas que destacan como datos máis significativos, o resultado orzamentario axustado, o remanente de tesourería total e o remanente para gastos xerais, que son os seguintes: ORGANISMOS RESULTADO ORZAMENTA-RIO REMANENTE TOTAL REMANENTE PARA GASTOS XERAIS Deputación 49.829.968,53 € 84.230.391,67 € 74.376.305,78 € Escola Universitaria Enfermería 23.336,96 € 337.685,80 € 337.685,80 € Escola de Canteiros 426.735,26 € 1.000.449,11 € 990.116,21 € Museo Provincial 797.611,92 € 2.655.930,82 € 2.650.938,82 € Turismo Rías Baixas 1.661.395,31 € 4.147.822,31 € 4.147.822,31 € Caixa de Anticipos 1.658.959,91 € 3.784.204,71 € 3.784.204,71 € ORAL 1.162.177,05 € 7.380.223,90 € 7.380.223,90 € IPESPO 1.767.138,74 € 12.609.165,21 € 9.051.638,72 € TOTAL....... 57.327.323,68 € 116.145.873,53 € 102.718.936,25 € Consolidado 57.327.323,68 € 116.145.873,53 € 102.718.936,25 € O Pleno queda enterado dos seguintes asuntos: • Do resultado da liquidación do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e das liquidacións dos orzamentos dos seus Organismos Autónomos (Escola Universitaria de Enfermería, Escola de Canteiros, Museo Provincial, Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos de Cooperación, ORAL e IPESPO), correspondente ó exercicio de 2009. • Da liquidación do orzamento consolidado da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus Organismos Autónomos, correspondente ó exercicio de 2009. 3.5927.- INFORME SOBRE A AVALIACIÓN DO CUMPRIMENTO DO OBXECTIVO DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA DA UNIDADE INSTITUCIONAL “DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA” Sr. Presidente.- Punto número tres. Informe sobre a avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria da unidade institucional “Deputación Provincial de Pontevedra”. Por suposto que se trata como no punto anterior dun “dar conta”. O Servizo de Intervención, con data 10 de marzo de 2010, elaborou un informe sobre a avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria da Deputación Provincial de Pontevedra, no que como conclusión figura que a Deputación na liquidación do orzamento do exercicio de 2009, cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria nos termos de contabilidade nacional coa metodoloxía SEC-95, obténdose un superávit orzamentario non financeiro de 28.234.699,17 euros. Así mesmo o Servizo de Intervención, con data 12 de marzo de 2010, emitiu outro informe sobre a avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria da Unidade Institucional “Deputación Provincial de Pontevedra”, no que como conclusión figura que nesta “Unidade Institucional” da que forman parte a propia Deputación e os seus organismos autónomos, excluído o IPESPO, na liquidación do orzamento consolidado do exercicio de 2009, cúmprese co obxectivo de estabilidade orzamentaria nos termos de contabilidade nacional coa metodoloxía SEC-95, obténdose un superávit orzamentario non financeiro de 33.138.287,63 euros. O Pleno queda enterado do contido dos informes sobre a avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria da Deputación Provincial de Pontevedra e da Unidade Institucional “Deputación Provincial de Pontevedra”. 4.5928.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 1/2010 Sr. Presidente.- Entramos no punto número 4, que é: Expediente de modificación de créditos número 1/2010. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Un expediente de modificación de créditos dun importe de 7.110.000,00 euros, onde a partida máis importante son 6 millóns de euros para o plan de investimentos de concellos 2009-2011. Despois tamén hai para investimentos en campos de fútbol, 200.000 euros, reparación e conservación de infraestruturas e bens da rede provincial, 500.000 euros. Tamén, polas cuestións do temporal que tivemos varias cuestións no castelo de Soutomaior, cunha pérgola que veu abaixo, tamén un edificio da Finca de Soutomaior, 50.000 euros; e tamén para melloras do tellado da Finca de Areeiro, 100.000 euros. Estas son as partidas máis importantes; tamén 100.000 euros para un convenio coa Xunta de Galicia, para melloras da igrexa do Mosteiro de Armenteira. En definitiva son 6 ou 7 proxectos que son importantes, que non se poden demorar, e bueno, pois, ese é o destino da modificación de créditos que traemos hoxe a aprobación. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa, ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, evidentemente, na presentación desta modificación, o Sr. Portavoz do PP, o Sr. Figueroa, pois, cargou a man nas cuestións que estaban previstas, que bueno, se estaban previstas, deberían ir no orzamento, pero hai algunha partida que chama a atención dunha maneira tremenda, como é posible que dende que se aprobou o orzamento e co tempo que fixo, que dificultou tremendamente as posibilidades de andar bacheando nas estradas provinciais ou non provinciais, que é posible que haxa que suplementar xa a partida do chapapote medio millóns de euros, vai haber que investigar, digo para aprender todos como se pode gastar o material para asfaltado nunha época que non se pode asfaltar, sería unha cuestión, se a Deputación é capaz, pois, sería moi ben que ás demais empresas e administracións lle fora explicando iso. Falando en serio, digo, isto segue sendo, digo, esta partida segue sendo unha auténtica broma, na que están metendo dun ano para outro, están facendo un gasto segundo, nos concellos, segundo a cor política, segundo, á amizades e demais, que non ten ningún sentido, xa sei que vai a caer en saco roto, o dicimos sempre, pero parece absolutamente imposible que vostedes se tomen en serio o que están facendo con esta partida, e así nos aparecen estes esperpentos, como ter que aumentarlle medio millón de euros, cando neste ano practicamente non se puido gastar nada, non se puido tal e como estivo o tempo, realmente creo que debían tomarse en serio dunha vez esta partida e corrixilo. Obviamente vamos a votar en contra a modificación. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- O Grupo Socialista vai a votar en contra do mesmo xeito que fixo no orzamento. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Eu creo que estas son partidas necesarias, imprescindibles para a mellora das infraestruturas, bueno, nós non coincidimos para nada co voceiro do Bloque Nacionalista Galego neste aspecto, senón todo o contrario, é unha demanda que están facendo os veciños e as veciñas, os propios concellos. E do que se trata nesta partida, é de facer unha previsión para intentar facer as menos modificacións de créditos posible, como xa tiñamos esta encima da mesa, pois fixemos unha previsión para o que queda para os próximos 6 meses, esperando que se hai algunha modificación de créditos, sexa xa para o último trimestre, o último cuatrimestre, e desta maneira aproveitar e non traer máis modificacións de créditos nos próximos meses. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Polo tanto procedemos á votación do punto número catro: Expediente de modificación de créditos número 1/2010. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 15 de marzo de 2010, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2010, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe global de 7.110.000,00 euros, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que este expediente de modificación de créditos número 1/2010 finánciase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento correspondente ó exercicio de 2009. Resultando que nos informes de Intervención de data 15 de marzo de 2010, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2010, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1. Aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/2010, por un importe global de 7.110.000,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos……………………………………………… 500.000,00 euros Capítulo 6º Investimentos reais……………………… 6.610.000,00 euros Total variacións por capítulos………………… 7.110.000,00 euros O detalle do expediente é o seguinte: a) Créditos extraordinarios: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 336-336-632,02 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS, INVERSIÓNS DE REPOSICIÓN (Pérgola Castelo Soutomaior) 25.000,00 € 410-419-632,02 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS, INVERSIÓNS DE REPOSICIÓN (Edificio apeiros da Finca de Soutomaior) 50.000,00 € 413-413-632,02 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS, INVERSIÓNS DE REPOSICIÓN (Melloras tellado Finca Areeiro) 100.000,00 € 942-161-652,02 INVESTIMENTOS DE PROXECTOS XESTIONADOS, MEDIO AMBIENTE (Depuradoras de Ons e outras) 45.000,00 € Total Créditos Extraordinarios....................................................... 220.000,00 € b) Suplementos de crédito APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 330-336-658,02 INVESTIMENTOS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (Convenio Xunta de Galicia para melloras Igrexa do Mosteiro de Armenteira) 100.000,00 € 456-453-210,00 REPARACIÓNS M. E CONSERVACIÓN DE INFRAESTRUTURAS E BENS (REDE PROVINCIAL) 500.000,00 € 457-450-625,01 MOBILIARIO E ENSERES, (Sinalización de edificios) 90.000,00 € 922-342-652,09 INVESTIMENTOS EN CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL 200.000,00 € 942-942-652,45 PLAN DE INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA CONCELLOS, 2009-11 6.000.000,00 € Total Suplementos de crédito…………………………….. 6.890.000,00 € 2. O expediente de modificación de créditos número 1/2010 será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.5929.- SUPRESIÓN DA TAXA POLA SUBSCRICIÓN E VENDA DO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA E DERROGACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA MESMA Sr. Presidente.-O punto número 5,6 e 7, votarémolos indistintamente, pero todos corresponden ó mesmo asunto, que neste caso é o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias, Sr. Presidente. Vamos a ver, unha vez estudadas, o 5 é o que menos problemas cría, por que se non vai a haber edición do Boletín Oficial da Provincia en papel, pois loxicamente a subscrición desaparece, é o que menos crea. Pero globalmente as modificacións das ordenanzas e demais, pois, ofrécenos moitisimas dúbidas, e inclusive creo que hai, ou cremos que hai contradicións. Por exemplo, na modificación da ordenanza reguladora da taxa, pois aparece remisión só en papel, 1,55 e ó lado aparece, remisión en soporte papel electrónico ou informático 3,10. A redacción é un pouco difícil de entender, cando por outro lado, nunha transitoria da ordenanza pois ponse que so se admitirá en formato electrónico cando estea establecido o rexistro. De verdade eu non sei como se come exactamente iso na redacción, como se vai a interpretar, supoño que quen a escribiu ten máis ou menos claro o que pretende, supoño, pero logo tal e como está redactado a nós, non nos casan as contas. Despois ai, hai algo que falla, vamos a ver, se se vai facer unha edición electrónica do Boletín, non sei como se pode manter o da urxencia, o outro día a explicación da comisión, francamente, non houbo maneira de que nos aclararamos, porque se un concello, un xulgado, a propia Deputación, a comunidade autónoma, o estado, ou algún privado, manda nun formato electrónico obrigado, se lle pode obrigar, mándeme en tal, o texto orixinario, polo tanto, o que é responsable é o propio anunciante, non o Boletín, onde está o problema para incorporalo nese Boletín electrónico. Entón segue habendo urxencia, nunha urxencia cóbrase por urxencia, cando un Boletín electrónico é fixalo para que ninguén poida modificalo, facer copia para que, por se entra un hacker, e revente ese, que haxa outra que non teña eses problemas, e non sei porque ten que haber manipulación por parte da propia Deputación, porque se a mandan en papel, hai que teclealo e volver a pasar, si, pero se é electrónico é incorporable e punto, entón non acabamos de entender como vai a funcionar iso, que limitacións hai alí, como está, non sei se me explico, quero dicir, porque, se se manda, bueno en PDF ou no formato que sexa, selado, e se incorpora ó Boletín, será responsabilidade de quen o mandou, é cuestión de ir ampliando, non hai ningún problema, ou sexa, entón non sei porque hai urxencia, non acabo de entender, non acabamos de entender exactamente, cal é o problema ou como se está elaborando este Boletín, e porque se hai, digamos, herencia do pasado desa urxencia, non urxencia, que se paga se se publica antes dos 15 días, se manda por urxencia ou o que sexa. Eu non sei se francamente a explicación da comisión non nos convenceu en absoluto, e eu creo que se merecía, reestudalo en serio, porque non creo que haxa ningún problema para facelo doutra maneira e realmente que sexa un Boletín electrónico áxil, porque se vai a ser electrónico e vai traer os mesmos problemas que o de agora, a mesma burocracia, as mesmas dificultades, e as mesmas urxencias, pois non sei exactamente, o único é evitar o gasto do papel, pero pouco máis, non sei se se dará aclarado, senón, obviamente, a min gustaríame votar a favor, pero bueno, senón obviamente absterémonos. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Bueno dicir, cuestión importante, en relación a este a asunto. En primeiro lugar, dicir que esta casa quere poñer, como xa eu creo que é coñecido, poñerse á vangarda, e modernizar todo o que dalgunha maneira sexa posible, adaptarse ás novas tecnoloxías, e sobre todo tamén ó aforro de medios, sobre todo neste caso cremos que é posible a eliminación de papel, en moitas cousas, esta proposta que lle trasladei ó servizo de Secretaría xeral e Intervención, en relación á tramitación de expedientes e todo iso, vai todo en coordinación coa administración electrónica que vai a poñer en marcha esta casa. Polo tanto, hoxe podemos dicir, que dende a proposta do equipo de goberno se pretende que a día 1 de xuño do ano 2010, a Deputación de Pontevedra deixe de publicar en soporte papel, o Boletín oficial da Provincia, cremos que era algo, é algo nos tempos que corren fundamental, polo tanto con isto o que queremos é facilitarlle neste caso, o uso deste servizo ós cidadáns, un menor impacto ambiental sen dúbida, ó consumir menos papel é incrementar a produtividade, xa que se consumirán menos recursos persoais e materiais, eu creo que aumentamos claramente a eficiencia e tamén a prestación dos servizos será moito máis barata, sen dúbida. Será tamén un servizo máis eficaz, en consecuencia poderanse inserir os anuncios en prazos moitísimo máis breves. Isto é a realidade, agora ¿quén subministra a información á parte da institución provincial ó Boletín oficial da provincia?, os concellos e a propia Deputación. É evidente que todo este proceso ten que ir, por iso se está indo da man, da posta en marcha da administración electrónica que está poñendo esta casa, en colaboración cos concellos, agora neste caso o Portavoz do Bloque Nacionalista Galego se preguntaba, bueno, pois, que había algunha confusión, non hai ningunha confusión, aparentemente se pode detectar das taxas que se poñen en marcha, non hai ningunha confusión, o que si hai, é unha fase de adaptación, unha fase de adaptación que é imprescindible porque os concellos cando manden o anuncio, mentres non teñan a administración electrónica todos, vano a ter que mandar o anuncio en soporte papel, poderán ir acompañando xa en soporte CD, tamén, todos aqueles que dalgunha maneira o teñen, pero somos 62 concellos, e hai algúns concellos na provincia de Pontevedra, que hoxe en día, que o van a ter dentro de moi poucos meses, aínda non teñen conexión a ADSL. Polo tanto, non hai ningún tipo de confusión, é unha fase de adaptación, que será de moi poucos meses, que esperemos que quede dalgunha maneira resolta. Xa digo, non hai ningunha dificultade, pero si fixando os prazos e límites neses prazos, e é o límite que establece a Deputación de Pontevedra, que o 1 de xuño do ano 2010, a partir desa data non se vai a publicar máis en papel o Boletín oficial da provincia. Polo tanto, xa digo, o outro apartado que dende o equipo de goberno se lles propuxo corresponde ó departamento de Intervención e ó departamento administrativo desta casa, en relación ás tarefas establecidas e á mecánica que se vai a poñer en marcha para o mesmo. Polo tanto, eu xa digo, creo que a modernización das institucións, e máis cos tempos que corren, é inevitable, e polo tanto nos queremos estar evidentemente en referencia a esa cuestión, e estar ademais o antes posible con este tipo de tecnoloxías, postas á disposición dos cidadáns, non queremos evidentemente outra cousa. Creo que neste sentido eu teño que agradecer, tanto a Intervención como á propia Imprenta incluso, a súa colaboración para que isto poida estar efectivo nesa data, que coincidirá ademais como digo, con todo o que se está lanzando agora mesmo do plan de administración electrónica da Deputación de Pontevedra. Polo tanto, eu lle pediría ós grupos políticos neste caso ó Partido Nacionalista Galego, pois que apoien este tema, porque entendemos que é algo razoable, e ó mesmo tempo que hai unha fase de adaptación, que nos é imprescindible, tanto para os concellos como tamén para a Deputación, porque somos 62 máis unha, a Deputación, 63 institucións que temos que estar todos funcionando en rede, como diríamos, para que todo poida funcionar como estaba previsto. Non sei se por parte do Portavoz, neste caso D. Cesáreo Mosquera, lle damos a palabra por se fai falla unha aclaración. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero vamos a ver, ben, colleuse unha vía, parece ser, pero que me parece que non había porque coller esa vía. Vamos a ver, ¿que problema hai, como chega en papel, coa certificación do Secretario, coa resolución de non sei que, que problema hai en que chegue nun CD coa resolución do Secretario, que copia auténtica disto?. Sr. Presidente.- Ningún problema. Sr. Mosquera Lorenzo.- Claro, entón automaticamente, quen non teña ADSL tampouco o poderá mirar. Pois insírese tal e como vén, co cal non sei por que, o que estamos facendo é o mesmo procedemento que se usaba ata agora, só que en vez de facer papel deixalo no electrónico. Sr. Presidente.- Hai unha cuestión que eu aclaraba antes, é a fase de adaptación, fase de adaptación e outra máis que é a fase de homologación. Senón temos por parte da administración, institución provincial, nin dos concellos, aprobada e posta en marcha a administración electrónica, se supón, evidentemente, que a validez que falamos de que vén avalada polo Secretario que é unha validez en soporte de papel, pero ten que estar para que estea tamén homologada en soporte informático a administración electrónica, polo tanto é unha regulación que é automática, pero unha cuestión, que por iso digo, que estamos nunha fase de adaptación e de homologación. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero vamos a ver Sr. Presidente, neste momento, por exemplo, a Xunta de Galicia acaba de enviar un documento oficial, cunhas consecuencias tremendas como é poñelo en soporte informático, sen ningún papel nin ningunha firma tan sequera. Sr. Presidente.- Non, é un soporte de información, iso se traslada información, alí non están certificando nada, alí están trasladando unha información, unha información. No Boletín Oficial da Provincia é unha cuestión de prazos e unha cuestión de certificación, polo tanto son cuestións distintas, é que estamos indo os dous ó mesmo sitio, pero senón hai ningún problema, pero é unha fase de adaptación, que era a que eu propoñía máis, porque coñezo ben o tema, porque se propuxo dende este equipo de goberno que era imprescindible poñelo xa, é unha fase de homologación, como a administración electrónica se dá a causalidade de que a Deputación, causalidade non, que estaba evidentemente previsto, de que queremos ir a esa administración electrónica, pois polo tanto vai todo coincidindo como estaba previsto no camiño, na folla de ruta. Polo tanto, eu xa digo, vamos a coincidir no planteamento, no planteamento coincide, neste caso esa formación política co que é tamén o que o equipo de goberno quere propoñer. Sr. Mosquera Lorenzo.- Optar por unha vía que eu creo que é enfarragosisima, e que no vai… Sr. Presidente.- Estamos en marzo, ou sexa que quédanlle poucos meses de vida a ese proceso.. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si pero a ordenanza apróbase nesta ordenanza ¿que vamos a cambiala en agosto?. Sr. Presidente.- Non, non, temos que aprobar a ordenanza para que dalgunha maneira tanto institucións, empresas, etc., se vaian adaptando a esta nova circunstancia, e que o saiban coa antelación debida, porque estamos facendo a modificación xa, non esperando a final de ano, senón facéndoo antes, porque entendemos que antes vamos a dar xa este servizo que hoxe en día non se pode dar doutra maneira que sexa así. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non alcanza, de verdade Sr. Presidente, non alcanza, hai que colgar na páxina Web dunha institución, por exemplo o perfil do contratista que é un documento oficial con consecuencias e demais, cólgase e ademais, Sr. Presidente.- Pero aquí estamos falando dun matiz a maiores que é certificando unha cuestión de prazos e de cuestións que ten que estar, evidentemente, homologada a administración electrónica, para poñer en marcha este proceso. Son unha serie de institucións 62 máis 1, como mínimo, porque despois están a maiores destas a administración xudicial, a administración do estado etc., polo tanto vamos a chegar ó mesmo fin, non hai ningún problema, ou sexa que saiban todos que esta casa vai a ser vangarda neste sentido , e polo tanto vamos a poñer fincapé, en que todo se cumpra así. Entón eu propoño neste caso, preguntar, número 5, vamos a votar un por un, que é: Supresión da taxa pola subscrición e venda do Boletín Oficial da Provincia, que pasa a partir de xa, deste momento, por suposto, a ser unha historia, pero que a partir de agora será evidentemente outra distinta e que polo tanto poñemos, e derrogación da ordenanza reguladora da mesma. Punto número 5. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 8 de marzo de 2010, propón ó Pleno que acorde a supresión da taxa pola subscrición e venda do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra con motivo da próxima implantación da edición electrónica do BOP como servizo universal e gratuíto a partir do 1 de xullo do 2010, así como derrogar a súa ordenanza reguladora con efectos da mesma data. Considerando que no informe de Intervención figura que a proposta de supresión da taxa pola subscrición e venda do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra axústase á normativa existente na actualidade sobre a materia, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aprobar a supresión da taxa pola subscrición e venda do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra con motivo da próxima implantación da edición electrónica do BOP como servizo gratuíto a partir do 1 de xullo do 2010, así como derrogar a súa ordenanza reguladora con efectos da mesma data. 2. Devolverlle ós subscritores que aboaron a taxa anual correspondente ó exercicio de 2010 o 50 por cento do seu importe. 3. O expediente de supresión da taxa pola subscrición e venda do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. 4. Unha vez finalizado o período de exposición pública e no caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. 5. Cando o acordo sexa definitivo publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra un anuncio relativo á supresión da taxa pola subscrición e venda do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra así como sobre a derrogación da súa ordenanza reguladora. 6.5930.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR INSERCIÓN DE ANUNCIOS NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número 6. Modificación da ordenanza reguladora da taxa por inserción de anuncios no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 8 de marzo de 2010, efectúa a proposta de modificación da ordenanza reguladora da taxa pola inserción de anuncios e textos de todo tipo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra con motivo da próxima edición deste boletín por medios electrónicos a partir do 1 de xuño de 2010. Resultando que entre as modificacións que se propoñen destaca que se cambia o nome desta taxa que pasa a denominarse “Taxa pola prestación de servizos do BOP”, e que se establecen distintas tarifas en función do soporte dos anuncios, co obxecto de incentivar a remisión dos anuncios a publicar por medios electrónicos. Considerando que no informe de Intervención de data 8 de marzo de 2010, figura que a proposta de modificación da ordenanza reguladora da taxa pola inserción de anuncios no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra axústase á normativa existente na actualidade sobre a materia, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: 1. Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola inserción de anuncios e textos de todo tipo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, no sentido seguinte: -Cámbiase o nome desta taxa que pasa a denominarse “Taxa pola prestación de servizos do BOP”. -Modifícase o segundo parágrafo do artigo 2, feito impoñible da actual ordenanza, que queda redactado co seguinte contido: “A impresión en soporte informático ou papel da edición electrónica do BOP”. -En todos os artigos nos que se facía referencia ós servizos de inserción de anuncios modifícase pola de servizos de Boletín. -No artigo 8 da ordenanza elimínase o contido propio da ordenanza reguladora do servizo de BOP, quedando só o que fai referencia á xestión da taxa. -Establécense as seguintes tarifas en función do soporte dos anuncios: electrónica, informática e papel. Concepto Importe Pola inserción de anuncios: -Remisión só en soporte papel, por liña……………………… 3,10 euros -Remisión en soporte papel, electrónico ou informático, por liña…………………………………………………………… 1,55 euros -Publicación urxente…………………………………………. Recarga do 100% Pola impresión da edición electrónica do BOP: -En soporte informático, por cada folla……………………… 1,50 euros -En soporte papel, por cada folla…………………………….. 0,75 euros 2. O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa pola inserción de anuncios e textos de todo tipo no Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra, exporanse ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. 3. Unha vez finalizado o período de exposición pública e no caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. 4. As modificacións da ordenanza reguladora da taxa pola inserción de anuncios e textos de todo tipo no Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra, entrarán en vigor e aplicaranse, unha vez publicado o texto íntegro dos artigos modificados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, a partir do día 1 de xuño de 2010. Unha vez introducidas as modificacións citadas a ordenanza queda redactada da seguinte forma: “ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA. Artigo 1. Fundamento e natureza. O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril (LRBRL), o artigo 132 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), e a Lei 5/2002 reguladora dos boletíns oficiais da provincia, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 do TRLRHL, acorda a imposición e ordenación da taxa pola prestación de servizos do Boletín Oficial da Provincia. Artigo 2. Feito impoñible. O feito impoñible desta taxa constitúeno: 1. A actividade administrativa e técnica necesaria para inserir no Boletín Oficial da Provincia (BOP) toda clase de escritos, anuncios, requirimentos e textos. 2. A impresión en soporte papel ou informático da edición electrónica do BOP. Artigo 3. Suxeito pasivo. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2004, de 17 de decembro (LGT), que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas pola prestación de servizos do Boletín Oficial da Provincia, sempre que a publicación sexa motivada por estes, directa ou indirectamente. Artigo 4. Responsables. 1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas referidas nos artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria. 2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria. Artigo 5. Cota tributaria. Ver anexo I. Artigo 6. Devengo. Devéngase esta taxa e nace a obriga de contribuír cando se presenta a solicitude dalgún dos servizos do Boletín Oficial da Provincia. Esta taxa esíxese en réxime de autoliquidación ou de liquidación previa, sendo anterior o seu pagamento á prestación do servizo. Nas publicacións ordenadas por xulgados e tribunais, a instancia de particulares, o pagamento efectuarase cando se fagan efectivas as custas sobre os bens de calquera das partes. Artigo 7. Ingreso da taxa. 1. As cotas desta taxa liquidaranse e esixiranse, con carácter xeral, no momento de presentarse a solicitude de cada servizo. Este ingreso será froito dunha liquidación que efectuará o interesado no seu domicilio ou na sección de Recursos económicos. 2. Os interesados deberán remitir, xunto co oficio ou escrito, un xustificante de ter efectuado o ingreso mediante unha transferencia á entidade de Caixanova, oficina principal de Pontevedra, na conta 2080-0401-68-0040106618, na que faga constar “que é para inserir no BOP”, ou ben un xustificante ou carta de pagamento de ter efectuado o ingreso na Tesourería provincial. Sen o ingreso previo non se iniciará a prestación do/s servizo/s. No caso de estaren exentos deberán pedir este beneficio indicando o precepto legal e os feitos habilitantes. 3. Excepcionalmente e só cando existan fundadas razóns debidamente acreditadas se realizarán os traballos administrativos e técnicos, así como a inserción no BOP sen pagamento previo. A modo de exemplo podemos citar: 3.1) Os relativos ós asuntos xudiciais nos que os interesados están declarados legalmente pobres para litigar, ou satisfacer no seu día as partes interesadas que resultan obrigadas a isto, segundo a finalidade do litixio. 3.2) Os procedentes de abintestato tramitados de oficio, que deberán satisfacer no seu día os que resulten beneficiarios. 3.3) Os procedementos de asuntos criminais, se houbese condena de custos e se fixesen efectivas por parte do xulgado correspondente. 3.4) Nas publicacións ordenadas por xulgados e tribunais, a instancia de particulares, o pagamento efectuarase cando se fagan efectivas as costas sobre bens de calquera das partes. 3.5) Calquera outro anuncio non incluído expresamente entre os gratuítos ou de pagamento previo, cando o acrediten os solicitantes da publicación, a concreta exención de pagamento en virtude do precepto con rango de lei, tratado ou acordo internacional. Artigo 8. Normas de xestión. 1. Os oficios, escritos, etc. para inserir no BOP, ó ter entrada no Pazo Provincial, trasladaranse ó Negociado de Xestión de Recursos Económicos para o seu rexistro e comprobar se a autoliquidación é correcta ou non. No caso de non ser correcta practicarase a liquidación complementaria, que será notificada e ingresada nos prazos previstos no artigo 62 da Lei xeral tributaria. 2. As cotas que non sexan autoliquidables, por darse os supostos previstos no apartado 3 deste artigo, liquidaraas o Negociado de Xestión de Recursos Económicos. Unha vez liquidadas notificaranse e ingresaranse de conformidade co previsto no artigo 62 da Lei xeral tributaria. 3. Unha vez recibido o edicto e no caso de non presentarse a autoliquidación a administración do Boletín Oficial enviaralle ó suxeito pasivo a liquidación de taxas, na que se indican o importe e as normas para o seu ingreso. Artigo 9. Beneficios fiscais. 1. Nesta taxa só se admitirán as exencións e as bonificacións que veñan recollidas nos tratados ou acordos internacionais ou nas normas con rango de lei. 2. Estarán exentas do pagamento da taxa as publicacións seguintes: - Aprobación das ordenanzas municipais de municipios de menos de 10.000 habitantes. - Aprobación das normas urbanísticas (plans xerais, normas subsidiarias e complementarias, plans parciais e especiais, estudos de detalle, programas de actuación urbanística, proxectos de urbanización, delimitacións de polígonos e unidades de actuación), excepto cando o planeamento sexa promovido por particulares. - Afectación, desafectación e alteración de bens de dominio público e patrimoniais. - Nos expedientes de contratación administrativa: aprobación de pregos de cláusulas xerais e de proxectos técnicos e máis as adxudicacións. - Aprobación de orzamentos, expedientes de modificación de créditos e da conta xeral. - Os anuncios en materia de persoal, a excepción das convocatorias para a selección de persoal, que si están suxeitas salvo as correspondentes a xuíces de Paz. - Notificacións por comparecencia que se efectúan en virtude do artigo 112 da Lei xeral tributaria, en procedementos de recadación dos tributos nos supostos nos que non fose posible a súa notificación. - Anuncios de procedementos electorais. - Convocatorias e bases de bolsas de estudos, cursos e subvencións. - Anuncios de delegación de competencias. - Notificacións dos artigos 59.5 e 60 LRJPAC, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos ou se trate dunha pluralidade indeterminada de persoas. - Convenios colectivos. - Rectificacións de anuncios, que terán idéntico tratamento cós anuncios que se rectifiquen, excepto os correspondentes ás licitacións públicas. - Os relativos a documentos expostos. - Os que correspondan a anuncios interesados pola Deputación ou calquera dos seus organismos ou entidades dependentes, sempre que non se poida repercutir a terceiros. - Anuncios da Administración de Xustiza en: o Procedementos civís acollidos ó beneficio de xustiza gratuíta. o Procedementos penais e laborais. o Procedementos contencioso-administrativos non instados por particulares, avogados ou procuradores. - Outros anuncios: a interpretar, en cada caso, de acordo coa normativa reguladora. 3. As persoas ou as entidades que pidan a aplicación dalgún beneficio fiscal deberán solicitalo expresando os preceptos xurídicos e os elementos de feito autorizantes. O prazo de solicitude será o mesmo có de interposición dos recursos de reposición. Artigo 10. Infraccións e sancións. En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que a estas lles correspondan en cada caso estarase ó disposto na Lei xeral tributaria. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS PRIMEIRA. Cando, por calquera motivo non imputable á administración do boletín, non se produza a inserción do anuncio ou calquera outro texto no Boletín Oficial da Provincia os interesados poderán solicitar a devolución do depósito previo nas porcentaxes seguintes: 1) Se se paraliza a tramitación antes de iniciarse a actividade técnica previa á inserción no Boletín ………………………………………………………75% 2) Se xa se iniciou a actividade técnica……………………………… 50% 3) Se finalizou a actividade técnica e só falta a inserción …………… 25% SEGUNDA. Os anuncios, edictos e textos de todas as clases que teñan que publicarse no BOP remitiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. En canto á correspondencia relativa ás inscricións e reclamacións de carácter administrativo e tributario dirixirase á oficina de Recursos Económicos da Deputación Provincial. TERCEIRA. Se o anuncio remitido para a súa inserción se publicase con algún erro que o altere ou modifique de modo importante ou o invalide, por causas non imputables á administración do BOP, será por conta da persoa ou da entidade interesada. No caso contrario a rectificación será gratuíta. DISPOSICIÓN FINAL O acordo de aprobación inicial de modificación desta ordenanza adquiriu carácter definitivo o día ..... de .................... de 2010. As modificacións desta ordenanza fiscal entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xuño de 2010, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresas.” ANEXO I Concepto Importe Pola inserción de anuncios: -Remisión só en soporte papel, por liña………………………. 3,10 euros -Remisión en soporte papel, electrónico ou informático, por liña…………………………………………………………… 1,55 euros -Publicación urxente…………………………………………. Recarga do 100% Pola impresión da edición electrónica do BOP: -En soporte informático, por cada folla………………………. 1,50 euros -En soporte papel, por cada folla …………………………… 0,75 euros 7.5931.- APROBACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- E finalmente o punto número 7. Aprobación da ordenanza reguladora do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A Lei 5/2002, do 4 de abril, reguladora dos boletíns oficiais das provincias configura de forma expresa os boletíns oficiais das provincias (BOP) como un servizo público de ámbito provincial, competencia das deputacións provinciais, ás que lles corresponde a súa edición e xestión. É preciso subliñar que tanto o artigo 45 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, coma o artigo 9 da Lei 5/2002, do 4 de abril, e o previsto na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns ós servizos públicos, tratan de impulsar o emprego e aplicación de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos na prestación de todos os servizos públicos. Neste senso, a Deputación de Pontevedra, co fin de facilitarlle ós cidadáns o uso do servizo do BOP, debe fomentar a súa edición electrónica, para que sexa posible consultalo por medios electrónicos, motivo polo que o Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 15 de febreiro de 2010, proponlle ó Pleno a aprobación da ordenanza reguladora do servizo do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ó estar prevista a próxima edición deste boletín por medios electrónicos a partir do 1 de xuño de 2010, así como a aprobación dos modelos de solicitude de inserción de anuncios, de designación de persoas e autoridades facultadas para ordenar a inserción e o modelo de autoliquidación. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: 1. Aprobar a ordenanza reguladora do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 2. O expediente de aprobación da ordenanza reguladora do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Deputación de Pontevedra, a efectos de reclamacións e suxestións. 3. Unha vez finalizado o período de exposición pública e no caso de non producirse reclamacións e suxestións, este acordo considerarase elevado a definitivo. 4. A ordenanza reguladora do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra entrará en vigor unha vez que se publique o texto íntegro da mesma no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 abril, reguladora das bases do réxime local. O texto íntegro desta ordenanza é o seguinte: “ORDENANZA REGULADORA DO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A Lei 5/2002, do 4 de abril, reguladora dos boletíns oficiais das provincias, configura de forma expresa os boletíns oficiais das provincias (BOP) como un servizo público de ámbito provincial, competencia das deputacións provinciais, ás que lles corresponde a súa edición e xestión. Así mesmo, é preciso subliñar que tanto o artigo 45 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, coma o artigo 9 da Lei 5/2002, do 4 de abril e o previsto na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns ós servizos públicos, tratan de impulsar o emprego e a aplicación de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos na prestación do servizo do Boletín Oficial da Provincia, tanto no que se refire á súa edición como á súa publicación. Polo que respecta á edición e publicación electrónica do BOP deberá terse en conta que a Lei 11/2007, no seu artigo 11.1, dispón que a publicación dos diarios ou boletíns oficiais nas sedes electrónicas da administración, órgano ou entidade competente terá, nas condicións e garantías que cada administración pública determine, os mesmos efectos cós atribuídos á súa edición impresa. En coherencia co exposto e sempre coa finalidade de procurar un servizo máis áxil, eficaz e cómodo para os cidadáns, esta ordenanza introduce como nova o outorgamento á edición electrónica do boletín de carácter oficial e auténtico, nas condicións e cos requisitos establecidos na presente ordenanza. Prevese, así mesmo, o carácter universal e gratuíto do acceso a esta edición electrónica e regúlanse os mecanismos e garantías que aseguran a autenticidade, integridade e inalterabilidade dos contidos do Boletín Oficial da Provincia. Podemos pois concluír que a edición electrónica do boletín da Deputación de Pontevedra supón a progresiva eliminación do soporte papel na súa xestión. Todo iso contribuirá a simplificar os trámites e reducir os prazos para inserir e publicar edictos, así como acceder con maior rapidez á información publicada, acadando deste modo o obxectivo de lles prestar un servizo máis áxil, cómodo e moderno a todos os cidadáns e ós concellos da nosa provincia. CAPÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1. Fundamento e obxecto. Este regulamento ten por obxecto regular, de acordo co disposto no artigo 2 da Lei 5/2002, de 4 de abril, reguladora dos boletíns oficiais das provincias, os principais aspectos relativos á xestión, edición e consulta do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, servizo público de carácter provincial e competencia propia da Deputación de Pontevedra. En particular regúlase: - A forma de xestión do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, a súa periodicidade, contido e autenticidade, a lingua de publicación, a responsabilidade do contido das publicacións, o formato da edición e a súa consulta. - As normas para presentar as ordes de inserción e dos anuncios, establecendo o contido necesario das citadas ordes de inserción, a comprobación da súa autenticidade, así como os medios de presentación. - As normas para publicar os anuncios. Artigo 2. Forma de xestión. A Deputación de Pontevedra presta o servizo público do Boletín Oficial da Provincia de forma directa a través da propia entidade local. A dirección e coordinación do Boletín Oficial da Provincia atribúeselle á Intervención, xunto coa súa xestión administrativa (Negociado de Xestión de Recursos Económicos), correspondéndolle a composición e edición á Imprenta provincial, sen prexuízo das competencias de dirección superior dos servizos provinciais que lle recoñece o artigo 34.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, ó Presidente da Deputación. Artigo 3. Contido e seccións do BOP. O BOP é o xornal oficial no que se publicarán as disposicións de carácter xeral e as ordenanzas, así como os actos, edictos, acordos, notificacións, anuncios e demais resolucións das administracións públicas e da Administración de Xustiza de ámbito territorial provincial, ou de calquera outra administración e particulares, cando así estea previsto en disposicións legais ou regulamentarias, así como outros actos ou anuncios que aquelas remitan. Ademais, poderán inserirse no BOP os anuncios de particulares que deban publicarse de acordo coa lexislación vixente ou para información xeral. O BOP presentarase coa seguinte estrutura: No encabezamento de cada número do BOP e de cada unha das súas páxinas figurará: - a denominación «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» - o escudo da provincia de Pontevedra - o número do exemplar diario, que será correlativo dende o comezo de cada ano - a data de publicación - o número de páxina, que será correlativo dende o comezo de cada número do BOP No pé de cada disposición, acto ou anuncio incluirase o código de verificación, que permite contrastar a súa autenticidade. A data de publicación das disposicións, actos e anuncios será a que figure no encabezamento e en cada unha das páxinas do exemplar diario en que se publiquen. Cada número do BOP constará dun sumario das disposicións e actos incluídos neste, de acordo coa seguinte estrutura: * I Administración central * II Administración electoral * III Administración autonómica * IV Administración local * V Administración de Xustiza * VI Outras entidades e anuncios particulares Artigo 4. Carácter oficial e auténtico. A edición electrónica do Boletín Oficial da Provincia, publicada na sede electrónica da Deputación: www.depo.es e na subsede do BOP: www.bop.depo.es, a partir do día 1 de xuño de 2010 ten carácter de oficial e auténtica, derivándose dela os efectos previstos no título preliminar do Código Civil e nas restantes normas aplicables. Con anterioridade a esta data só tiña a consideración de oficial e auténtica a edición do Boletín Oficial da Provincia impresa en papel. Para garantir a autenticidade, integridade e inalterabilidade do contido do BOP a edición electrónica publicada na sede da Deputación, a partir do día 1 de xuño de 2010, incorpora a sinatura dixital. A sinatura dixital utilizarase para cada BOP na súa totalidade, en tanto non se estableza a administración electrónica de todo o proceso. Unha vez que se poña en marcha a administración electrónica de todo o proceso a sinatura dixital incorporarase por separado en cada unha das disposicións publicadas, permitindo deste modo asegurar a autenticidade de cada disposición concreta sen necesidade de descargar o diario completo. Artigo 5. Confidencialidade e protección de datos. De conformidade co que se establece no artigo 4 da Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns ós servizos públicos, os datos de carácter persoal serán protexidos nos termos establecidos pola Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, nas demais leis que regulan o tratamento da información e nas súas normas de desenvolvemento. Artigo 6. Periodicidade. O BOP de Pontevedra publicarase de luns a venres, agás os días festivos (nacionais e autonómicos da Comunidade de Galicia), coincidindo a data de edición coa da súa difusión efectiva. Esta periodicidade poderase alterar cando as circunstancias o aconsellen por decisión do presidente da Deputación. Poderán editarse suplementos ou números extraordinarios cando sexa necesario. Artigo 7. Lingua de publicación. Os textos para publicar no BOP manterán o idioma no que son remitidos, é dicir, en galego ou en castelán. Artigo 8. Obriga de publicar. A Deputación de Pontevedra está obrigada a publicar no BOP cantas disposicións, ordenanzas, resolucións, edictos, anuncios, actos ou acordos das distintas administracións públicas e da Administración de Xustiza se deban inserir nel en virtude de disposición legal ou regulamentaria, así como outros actos ou anuncios que aquelas lles remitan. Os anuncios de particulares poderán ser publicados no BOP cando pola súa natureza ou características a dirección do BOP o estime procedente. Non será obxecto de publicación a mera publicidade comercial. Os anuncios que se pretendan publicar no BOP deberán cumprir os requisitos previstos na normativa aplicable, será responsable o que ordene a inserción e procederase a denegar esta en caso de incumprimento ou cumprimento defectuoso. Artigo 9. Responsabilidade. O ordenante da inserción será en todo caso o responsable do contido do texto a publicar así como dos efectos que, fronte a terceiros, puideran derivarse del. CAPÍTULO II EDICIÓN DO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA, CONSULTA, ACCESO E OBTENCIÓN DE COPIAS Artigo 10. Formato da edición. A edición oficial do BOP será en formato electrónico, de acordo coas condicións que se establecen nesta ordenanza, así como na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns ós servizos públicos, no R.d. 1671/2009, de 6 de novembro, e demais normativa de desenvolvemento. O BOP en formato electrónico poderase consultar en internet mediante o acceso universal gratuíto. A edición do BOP realizarase na sede electrónica da Deputación (www.depo.es) e na subsede do BOP (www.bop.depo.es). Así mesmo, existirá unha edición en soporte papel, obtida da edición electrónica, para poder cumprir as seguintes finalidades: - Facilitar a consulta pública e gratuíta na administración do BOP e nos puntos de consulta que habilite a Deputación para este fin. - Asegurar a publicación do BOP cando, por circunstancias extraordinarias ou por motivos de carácter técnico, non resulte posible acceder á súa edición electrónica. - Garantir a conservación e permanencia do BOP e a súa continuidade como parte do patrimonio documental impreso da Deputación. Artigo 11. Requisitos da edición electrónica. Os cidadáns poderán verificar o cumprimento destas esixencias mediante aplicacións estándar ou, no seu caso, mediante ferramentas informáticas que proporcione a sede electrónica da Deputación. A Deputación deberá: - Garantir a autenticidade, integridade e inalterabilidade do BOP que se publique na súa sede electrónica. - Custodiar e conservar a edición electrónica do BOP. - Velar pola accesibilidade da edición electrónica do BOP e a súa permanente adaptación ó progreso tecnolóxico. - Publicar na súa sede electrónica as prácticas e os procedementos necesarios para a efectividade do establecido neste artigo. Artigo 12. Garantías e servizos que se prestan no BOP. A Deputación garantirá, a través de redes abertas de telecomunicación, o acceso universal e gratuíto á edición electrónica do BOP, sen que para iso sexa preciso formalizar ningunha subscrición. Esta edición electrónica deberá estar accesible na sede electrónica da Deputación e na subsede do BOP, na data que figure na cabeceira do exemplar diario, salvo que resulte imposible por circunstancias extraordinarias de carácter técnico. A Deputación ofrecerá na súa sede electrónica, con carácter diferenciado da edición electrónica do BOP, unha base de datos gratuíta que permita a busca, recuperación e impresión das disposicións, actos e anuncios nel publicados. Para os efectos establecidos neste artigo a Deputación, a través da unidade administrativa xestora do BOP, prestará os seguintes servizos: - Asistir ós cidadáns, de forma gratuíta, na busca das disposicións, actos e anuncios publicados. - Facilitarlles de forma gratuíta ós cidadáns a consulta do BOP en soporte papel. - Facilitar o contido das disposicións, actos e anuncios publicados no BOP xa sexa: o En soporte papel (impresión do BOP dixital), previo pagamento, no seu caso, da taxa correspondente. o En soporte informático, (copia en soporte informático do BOP dixital) previo pagamento, no seu caso, da taxa correspondente. Así mesmo, a Deputación poderá habilitar puntos de información de acceso universal e gratuíto para que se poida efectuar a consulta electrónica do BOP, mediante a instalación, se fose necesario, dos correspondentes terminais informáticos. Do mesmo xeito, todos os concellos da provincia deberán facilitar a consulta nos seus locais, de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 5/2002, de 4 de abril, reguladora dos boletíns oficiais das provincias. Artigo 13. Expedición de copias en formato papel. Os interesados en obter copias en papel das publicacións feitas no BOP deberán imprimilas, con carácter xeral, con medios propios. Non obstante, se o interesado solicita a expedición de copias en papel de exemplares ou de parte destes na Deputación, será a administración do BOP o único servizo autorizado para efectualas, o interesado pagará a taxa que corresponda. Artigo 14. Canles de acceso ós servizos do BOP. Os cidadáns poderán acceder ós distintos servizos do BOP por medio das seguintes canles: a) Acceso electrónico: a través da sede electrónica da Deputación (www.depo.es), e da subsede electrónica do BOP (www.bop.depo.es). b) Atención para asuntos relacionados coa xestión administrativa e económica do BOP: a)Presencial: na oficina do Negociado de Xestión de Recursos Económicos, sita no Pazo provincial, r/ Montero Ríos s.n., c.p. 36071 Pontevedra. b)Telefónica: no número 886 210 610. c)Correo electrónico: rendas.intervencion@depo.es c) Atención para asuntos relacionados coa composición e edición do BOP: a. Presencial: na sede da Imprenta provincial, r/ Domingo Fontán, s.n., c.p. 36005 Pontevedra. b. Telefónica: no número: 886209700. c. Correo electrónico: imprenta@depo.es CAPÍTULO III PROCEDEMENTO PARA A PUBLICACIÓN Artigo 15. Remisión de documentos. Os orixinais destinados á publicación no BOP remitiranse en soporte papel e, ó mesmo tempo, tamén se achegarán en soporte informático ou electrónico (correo electrónico), de acordo coas garantías, especificacións e modelos que se establezan por resolución da Presidencia desta Deputación e que figurarán na sede electrónica da institución. Esta obrigación só poderá ser excepcionalmente escusada cando por razóns técnicas debidamente acreditadas non fora posible o seu cumprimento, sen prexuízo da esixencia, neste caso, da recarga prevista na ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos do BOP. Será responsabilidade do anunciante que o contido dos distintos soportes sexa o mesmo. O formato dos documentos, xa sexa texto, gráfico, imaxe ou calquera outro, deberá ser susceptible de dixitalización e resultar idóneo para publicar. Así mesmo, deberán estar mecanografados ou impresos por medios informáticos, con tamaño de letra normal a un espazo interliñado e cun mínimo de claridade e limpeza, respectando as normas, as regras e os signos ortográficos. Para publicar calquera texto no BOP deberá presentarse necesariamente unha orde de inserción dirixida ó presidente da Deputación, que deberá conter, como mínimo, os seguintes datos: - Nome e apelidos do ordenante da inserción e, no seu caso, o cargo que ocupa. - Administración pública, organismo da Administración de Xustiza, persoa xurídica ou física da que procede o anuncio. - Denominación, nome ou razón social do suxeito que efectuará, no seu caso, o pagamento da taxa, así como o NIF e o domicilio. Este dato só se cubrirá en caso de que quen efectúe o pagamento sexa distinto do ordenante da inserción. No suposto de que non se consignen estes datos entenderase que o suxeito pasivo da taxa é o órgano que ordena a inserción. - Resumo mínimo do contido do texto. - Obrigatoriedade ou voluntariedade da inserción, indicando, no caso de que a inserción sexa obrigatoria, a norma e o precepto concreto que obriga a publicar. - De considerar que o anuncio está exento de pagamento da taxa correspondente deberá indicarse expresamente esta circunstancia e o fundamento xurídico no que se basea. - Se se considera suxeito á taxa deberá achegar o xustificante do ingreso da autoliquidación que corresponda. - Carácter ordinario ou urxente da publicación. Senón se determinara este aspecto considerarase que ten carácter ordinario. - Se en virtude de disposición legal ou regulamentaria existe unha data concreta ou un prazo de publicación deberá indicarse expresamente a data, o prazo e a norma xurídica na que se basea. Toda orde de inserción deberá ir necesariamente xunto coa do texto do anuncio correspondente, presentarase unha orde de inserción por cada anuncio que pretenda publicarse, debendo figurar en documentos separados e perfectamente identificados cada un deles. O texto do anuncio será obxecto de publicación, na mesma forma e nos mesmos termos nos que se presente. Non se publicarán os anuncios recibidos exclusivamente por fax, telefax ou correo electrónico sen máis. O solicitante da inserción é o responsable de que exista concordancia entre a orde de inserción e o anuncio correspondente. Artigo 16. Facultade de ordenar a inserción e autenticidade dos documentos. Os órganos correspondentes das distintas administracións públicas e da Administración de Xustiza estarán obrigados a acreditar ante a Deputación, de acordo coa súa normativa específica, as autoridades e os funcionarios facultados para ordenar a inserción, así como as modificacións que se produzan no sucesivo. Os suxeitos responsables da autenticidade do contido dos orixinais remitidos para a súa publicación. Para a correcta acreditación deberán constar necesariamente os seguintes datos: - Identificación do órgano anunciante. - Nome, apelidos e DNI da autoridade ou funcionario facultado para asinar a orde de inserción, así como o cargo que ocupa. - Sinatura autógrafa da autoridade ou funcionario facultado para asinar a orde de inserción, unicamente para o caso no que os anuncios se presenten en soporte papel. A unidade administrativa xestora do BOP levará unha relación das autoridades e dos funcionarios facultados para asinar a orde de inserción dos anuncios, sen que se curse ningunha que estea asinada por persoas distintas ás autorizadas para tal fin. Cando se trate de anuncios tramitados a instancia de particulares, estes deberán acreditar de forma indubidable a condición coa que actúan. A autenticidade dos orixinais remitidos para a súa publicación terá que quedar garantida mediante a súa sinatura. A Deputación de Pontevedra executará a orde de inserción sempre que cumpran os requisitos establecidos nesta ordenanza e na ordenanza fiscal da taxa polos servizos de BOP. Para tal efecto o Boletín Oficial da Provincia poderá establecer un rexistro das autoridades e funcionarios facultados para asinar a orde de inserción dos documentos destinados á publicación no BOP, onde constarán a sinatura autógrafa, o nome e o cargo da persoa á que pertence. Así, os correspondentes órganos das administracións públicas e da Administración de Xustiza acreditarán ante a Deputación de Pontevedra, segundo a súa normativa específica, as persoas facultadas para ordenar a inserción, así como as modificacións que se poidan producir. No suposto de falta de datos, redacción inintelixible, carencias ou incidencia de carácter técnico do soporte informático non se cursará a solicitude de inserción, outorgará á persoa interesada un prazo de dez días para corrixir o defecto ou a falta. Se, transcorrido o devandito prazo, non se corrixise non se realizará a inserción do anuncio. Artigo 17. Rexistro de ordes de inserción e asignación de número de referencia. Recibida na oficina de administración do BOP unha orde de inserción xunto co correspondente texto a publicar asentarase no rexistro interno do BOP. No seu momento, cando se remita só en formato electrónico, rexistrarase de forma automática. No rexistro interno asignaráselles un número de referencia segundo a súa orde de entrada, que servirá, a partir dese momento, para identificar o anuncio, establecer a orde da súa inserción e para calquera outro trámite administrativo que se precise realizar; especialmente no caso de anuncios suxeitos a pagar a taxa correspondente. Artigo 18. Características do texto. Os textos deberán ser orixinais e presentarse escritos por calquera procedemento mecánico ou químico, con tamaño de escritura 12, a unha soa cara, en follas de papel branco de tamaño DIN A4, clara e perfectamente lexibles, evitando sinaturas e selos que dificulten a súa lectura. A súa redacción deberá ser coherente e perfectamente intelixible, evitando as abreviaturas. Artigo 19. Solicitude de non publicación e devolución dos anuncios. Se unha vez recibida a orde de inserción xunto co correspondente texto a publicar o ordenante da inserción pretende que non sexa publicado, deberá remitir unha solicitude para que non se publique, identificando de forma clara o anuncio de que se trate e, no caso de que solicite a súa devolución, esta farase á súa costa. En calquera caso, se se trata dun anuncio suxeito ó pagamento da taxa, a falta de pago, unha vez transcorrido un mes dende a data de rexistro do edicto, non se publicará o anuncio, salvo casos especiais. Artigo 20. Carácter reservado. Os orixinais que se envíen ó BOP terán carácter oficial e reservado, non se poderá facilitar información ningunha acerca destes salvo cunha autorización expresa do órgano ordenante. CAPÍTULO IV PUBLICACIÓN DOS TEXTOS Artigo 21. Forma de publicación. Os orixinais serán transcritos na mesma forma na que estean redactados e autorizados polo órgano remitente, sen que por ningunha causa poidan variarse ou modificarse unha vez estes teñan rexistro de entrada no BOP, salvo que o órgano remitente o autorice de forma indubidable. O solicitante da inserción responsabilízase do contido do texto para publicar, así como dos efectos que, fronte a terceiros, puidesen derivarse deste. As insercións serán publicadas segundo a orde cronolóxica de chegada das correspondentes ordes de inserción ó rexistro do BOP, a excepción das que sexan de publicación urxente, impliquen un prazo de tempo improrrogable para a eficacia e viabilidade do proceso a que fan referencia, as que teñan entrada en formato só papel e que polo volume do texto que se ten que publicar ou polas súas características particulares supoñan a realización de traballos peculiares ou non previstos, que se axustarán, na medida do posible, ó prazo máximo disposto no artigo seguinte. Dos anuncios publicados remitiránselles unha copia feita da edición electrónica ás administracións ou persoas solicitantes da inserción, preferentemente por medios electrónicos (correo electrónico) senón se pode por esta vía, remitirase por correo normal. Artigo 22. Prazos de publicación. A publicación deberá realizarse no prazo máximo dos 15 días hábiles posteriores ó do seu rexistro, previo pagamento, no seu caso, da taxa correspondente. No caso de publicación urxente o prazo reducirase a seis días hábiles. Non obstante, no caso de que por razón de volume ou polas súas características especiais o número de textos a publicar non se poidan editar nos ditos prazos poderanse publicar con posterioridade. Artigo 23. Corrección de erros. Se algún dos textos publicados no BOP se publicaran con erros de composición ou impresión respecto do documento orixinal remitido, de forma que se altere ou modifique o seu contido ou poidan xurdir dúbidas ó respecto, a propia administración do BOP deberá rectificar de oficio o anuncio e á maior brevidade posible dende que se coñeza a comisión do dito erro, xa sexa por iniciativa propia ou a solicitude de persoa interesada. Esa rectificación poderá efectuarse mediante a inserción do texto completo ou da parte que conteña os erros. Se o erro se atopa no propio anuncio orixinal remitido será o ordenante da inserción quen deba enviar o correspondente anuncio de corrección de erros, debendo, no seu caso, aboar a taxa correspondente. CAPÍTULO V DISTRIBUCIÓN E CUSTODIA DA EDICIÓN DO BOP Artigo 24. Custodia. A Deputación de Pontevedra custodiará todos aqueles datos de carácter informático, así como os seus posibles ficheiros adxuntos, que conforman cada edición electrónica efectuada. Imprimirase un exemplar en formato papel de cada edición realizada, que será custodiado pola Deputación de Pontevedra. De acordo co establecido na lexislación vixente a Deputación Provincial acreditará perante o órgano do que depende o Depósito Legal da provincia de Pontevedra a edición electrónica do Boletín Oficial da Provincia, con depósito legal número PO-l-1958, e, para tal efecto, entregará 4 exemplares mensuais en soporte informático de todas as edicións realizadas durante aquel período. CAPÍTULO VI RÉXIME ECONÓMICO Artigo 25. Réxime económico. De acordo co establecido no artigo 2º da Lei 5/2002, de 4 de abril, reguladora dos boletíns oficiais das provincias, polos servizos prestados ou actividades realizadas pola xestión do BOP a Deputación de Pontevedra poderá establecer e esixir taxas e/ou prezos públicos, cuxa regulación se realizará, se é o caso, mediante a aprobación das correspondentes ordenanzas ou acordos reguladores. Disposición adicional Para todo o non regulado na presente ordenanza estarase ó que dispón a Lei 5/2002, do 4 de abril, reguladora dos boletíns oficiais das provincias e o resto de normas legais ou regulamentarias que resulten de aplicación. Disposición transitoria Única No momento en que se estableza o rexistro electrónico do BOP os anuncios poderanse remitir só en formato electrónico. Disposición derrogatoria única Esta ordenanza derroga todas aquelas normas de igual ou inferior rango que se opoñan ó establecido nela. Disposición final única De conformidade co establecido nos artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, esta ordenanza entrará en vigor unha vez se publique no BOP o texto íntegro e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril. O primeiro número do BOP en formato electrónico será o que se publique a partir do día 1 de xuño de 2010. Dilixencia Esta ordenanza foi aprobada polo Pleno da Deputación de Pontevedra o día ……. de …………… de 2010.” 8.5932.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NO CASTELO DE SOUTOMAIOR Sr. Presidente.- Punto número 8. Modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no Castelo do Soutomaior. Si, D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, grazas Sr. Presidente. Cando menos é sorprendente, non é que afecte grandemente ós ingresos desta casa, pero facer unha subida das taxas polo servizo no Castelo de Soutomaior de aproximadamente o 25%, cando neste Pleno temos acordado a conxelación e demais, non cargar con máis, pois iso é sorprendente, precisamente propio o volume, pois creo que non xustifica para nada esta subida, francamente, coa que está caendo e cos tempos que corren, creo que sería prudente retiralo e non tramitalo, cremos que seria prudente, as arcas desta casa non van a ter ningún problema por isto, as cifras son menores pero creo que, vamos, o feito de pegarlle unha subida do 25% a estas taxas, creo que a estas alturas é francamente improcedente. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a ver, dicir que este tema leva sen modificarse dende o ano 2008, non se pretende, non é unha cuestión de taxa nin de subida, nin de cousa parecida, é unha cuestión de regulación, é unha cuestión de regulación que ademais nos próximos días se vai a poñer en marcha por primeira vez, unha exposición permanente con contidos sobre o propio Castelo de Soutomaior, a maiores se varía tamén cal vai a ser o punto de acceso, porque todos poderán ter acceso a todas as instalacións, menos neste caso, ó Castelo, onde se polo contido que vai ter esta exposición, na cal a Deputación está investindo nestes momentos, algo máis de 100.000 euros, para poñer en marcha unha exposición didáctica para todos os públicos, dende os máis cativos a persoas maiores, como digo, con contidos específicos, sobre todo o que ten que ver co Castelo de Soutomaior, cobrarase entrada, polo tanto, a partir da data que se poña en marcha, que será en cuestión de semanas, a cobranza única, solo para acceso ó Castelo, o que é neste caso o recinto do Castelo de Soutomaior, e ó resto evidentemente se asigne calquera tipo de taxa, o cal cremos que é o máis razoable e o máis lóxico, e polo tanto debe existir unha cuestión de regulación de entrada, porque ademais haberá un persoal dedicado, un persoal dedicado, como guía, a explicar os contidos deste Castelo e con esta exposición permanente, que como digo, dentro duns días abrirá as súas portas por primeira vez neste novo formato. Polo tanto, xa digo, podo entender, estamos de acordo coa proposta que acaba de dicir o Portavoz do Bloque Nacionalista Galego, pero, tamén, non debemos olvidar que estamos falando dun euro pola cobranza, para iso que a Deputación acaba de investir, 100.000 euros, algo máis de 100.000 euros, e a maiores vai a poñer para todas as persoas que entren ó Castelo, pois unhas persoas para dar explicacións dos contidos que vai a ter a partir de agora o Castelo de Soutomaior. Creo que, polo tanto, é unha cuestión de regulación, é unha cuestión que era necesaria, probablemente, incluso era necesaria antes, xa, pero finalmente, porque así o acordei con todo o equipo técnico, cos traballadores, tanto Vixiantes de seguridade, etc., e polo tanto estamos falando dunha cuestión que eu creo que para todos que vaian alí, a partir desta data, que será en cuestión, xa digo, de moi poucos días, vanse a ver gratamente sorprendidos coa innovación en relación ó que se lle quere dar ó Castelo de Soutomaior. Polo tanto, procedemos á votación deste punto que é a: Modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no Castelo de Soutomaior. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 11 de marzo de 2010, propón ó Pleno a modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no Castelo de Soutomaior, co obxecto de establecer uns novos prezos sen decimais para facilitar o cobro da taxa no despacho de entradas ós visitantes interesados en acceder a este singular recinto propiedade da Deputación de Pontevedra. Resultando que entre as modificacións que se propoñen destaca que os prezos das visitas experimentan un pequeno crecemento nominal, xa que, no caso das visitas, pásase de 1,55 euros nas individuais a 2 euros, e nas de grupo pasan de 0,80 euros a 1 euro, ó tempo que se establecen unhas tarifas máis reducidas para determinados colectivos; sendo o crecemento en termos reais moito menor, se se ten en conta que as tarifas desta taxa levan varios anos sen actualizarse. Considerando que no informe de Intervención de data 11 de marzo de 2010, figura que a proposta de modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no Castelo de Soutomaior axústase á normativa existente na actualidade sobre a materia, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e cos votos en contra do BNG: 1. Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no Castelo de Soutomaior, no sentido seguinte: - Modifícanse as tarifas do anexo I desta ordenanza que pasan a ser as seguintes: ANEXO I Conceptos Tarifa nova A. Visitas: A.1. Individuais, por cada persoa…………………………………. 2,00 € A.2. Discapacitados, desempregados e estudantes por cada persoa……………………………………………………………… 1,00 € A.3. Grupos de máis de 10 persoas, por cada persoa………………. 1,00 € B. Cesión de locais, instalacións e outro material: B.1. Cesión temporal das salas de conferencias, reunións e demais dependencias para actos, asembleas, cursos, etc., non realizados ou patrocinados pola Deputación, calquera que sexa o número de asistentes por cada día……………………………………………………….. 775,00 € B.2. O mesmo do apartado anterior, pero con achega do material (proxector, diapositivas, etc..), por cada día……………………….. 880,00 € 2. O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no Castelo de Soutomaior, exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. 3. Unha vez finalizado o período de exposición pública e no caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. 4. As modificacións da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no Castelo de Soutomaior, entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día seguinte ó da publicación do texto íntegro dos artigos modificados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 9.5933.- APROBACIÓN DO REGULAMENTO DO SERVIZO DE COLABORACIÓN NA XESTIÓN DAS SANCIÓNS DE TRÁFICO (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número 9. Aprobación do regulamento do servizo de colaboración na xestión das sancións de tráfico (ORAL). Bueno, este é o novo formato que se pretende, que me parece unha cuestión que está levando o Vicepresidente responsable deste tema, Pepe Crespo, en relación en que cada municipio adherido, neste caso ó servizo de recadación de taxas por sancións de tráfico (ORAL), teñan un único e mesmo formato, porque ata agora, cada concello tiña un formato para sancións de tráfico e cremos que habería que unificar, que é o que dalgunha maneira se pretende con este novo regulamento, ou sexa, vai haber un único modelo, só cambia, na parte superior, o concello que é de referencia onde se está iniciando ese expediente sancionador de tráfico. Polo tanto, cremos que algo tamén, unha cuestión incluso de sentido común, que para a operatividade do órgano xestor, que é o ORAL pois exista unha uniformidade no que é o único formato de sanción para todos os concellos, polo tanto senón hai ningunha pregunta. Si, perdón. D. Juan Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, yo primero quería saber, que reglamento es el que se aprueba, porque en el expediente hay dos, hay dos reglamentos distintos. Sr. Secretario.- Vamos a ver, a mi me trajeron al final de todo, el mismo reglamento pero pasado por el servicio de normalización lingüística, yo dije que no, porque no había pasado previamente, es decir, se había aprobado otro reglamento en texto diferente, pero al final venía a decir lo mismo, pero no quise … Entonces se trae el reglamento que se aprobó en Consejo Rector y pasó por Comisión Informativa, y lo único que se modificó, que no iba contra la ley, pero no se decía lo que decía la ley, es la, en función a mi informe, es la entrada en vigor, salvo eso, es el mismo reglamento que se aprobó en Consejo Rector y se dictaminó en Comisión Informativa, es este. Sr. Presidente.- Entonces solo varía … Sr. Secretario.- Si, solo la entrada en vigor, lo demás quise, aunque mejoraba la redacción en gallego, quise no traerlo, precisamente porque había un cambio y podía pasar lo que está pasando. Sr. Presidente.- No fondo da cuestión … Sr. Muradas Ramos.- No es eso de entrar en vigor la diferencia, el ORAL y el que viene en el expediente, hay dos que son distintos, este y este. Sr. Secretario.- Se aprueba este, yo le puedo decir, que solo se ha cambiado la entrada en vigor, porque se ha añadido lo que dice la ley. Sr. Muradas Ramos.- Sr. Secretario, me lee usted el punto 3.1 de uno y el punto 3.1 del otro. A ver si son distintos …, el punto 3.1 son distintos en los dos, no es la entrada en vigor, no es una cuestión de normalización lingüística, totalmente distintos. Sr. Presidente.- ¿Cal é a diferenza?. Sr. Muradas Ramos.- Yo estoy diciendo que, ¿cuál es el que aprueba?, es lo que estoy preguntando. Sr. Presidente.- Eu si podo ler o que se aproba, leo o 3.1 que se aproba e punto. Sr. Secretario.- Se aprueba este, el que tiene propuesta de acuerdo. Sr. Presidente.- Proposta de acordo, pois a proposta de acordo que se aproba é, no punto 3.1, en concreto, “Funcións a asumir polo ORAL. Funcións relativas á xestión do procedemento. En relación coas funcións que lle corresponde desenvolver ó ORAL, sobre os actos materiais relativos ó procedemento de sancións, este asumirá a colaboración na instrución dos expedientes de sancións por denuncias cursadas polos concellos no ámbito das súas competencias, por infracción da normativa sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e de seguridade viaria, tamén colaborarán, na instrución dos expedientes por interposición de recursos administrativos contra as resolucións de sancións, prestará colaboración e asistencia xurídica ós concellos nos recursos contencioso-administrativos que se presenten contra os mesmos sobre esta materia”. Sr. Muradas Ramos.- El problema es que se leer, y como veo que hay dos distintos, quería saber cuál es el que se vota. Sr. Presidente.- Este, el del dictamen. Ditame da Comisión Informativa de Economía e Facenda … Sr. Muradas Ramos.- Entonces no es cierto que sea el que propuso el ORAL, porque es distinto … Sr. Secretario.- El del ORAL es distinto en redacción, tiene mejor redacción en gallego, pero yo no lo quise … Sr. Muradas Ramos.- No, no, es que es distinto, el 3.1 que aprueba el ORAL y el 3.1 que viene a comisión, son distintos, simplemente pregunto, simplemente para saber cuál es. Sr. Presidente.- Por abundancia que non sexa, se aprobamos os dous … Sr. Muradas Ramos.- No empecemos con los chascarrillos, porque voy a entrar yo en fase chascarrillos … Sr. Presidente.- Lo que abunda no daña, hai un refrán que di … Sr. Muradas Ramos.- No empecemos, yo quiero saber cuál se aprueba, porque entonces la certificación del Secretario del ORAL no vale, y se aprueba el otro … Sr. Presidente.- Bueno, pois eu mándolle unha copia para aí, e lle digo cal se aproba. Sr. Muradas Ramos.- Porque si entramos en fase chascarrillos, que usted nos justifique este reglamento, porque los boletos de sanciones van a ser los mismos en todos los ayuntamientos, es que es patético, o sea, ni se leyó, ni sabe lo que va la fiesta. Sr. Presidente.- No hombre no. Sr. Muradas Ramos.-Si hombre si, claro entramos en fase chascarrillos. Estoy en uso de la palabra, puedo hablar, ¿no? Sr. Presidente.- Si. Sr. Muradas Ramos.- Bien. Yo creo que este reglamento tiene una profundidad más grande de la que usted intentó explicar, que curiosamente el delegado no nos lo explicó más en profundidad, que supongo que lo tiene que conocer, decir que la USTO no sabe, no se lo leyó, es la unidad de sanciones de tráfico del oral, se asume la responsabilidad de notificar la retirada de puntos a la dirección general de tráfico. Sr. Presidente.- Isto é o que nos están pedindo, vamos lle piden ós concellos isto, que o fagan. Sr. Muradas Ramos.- Yo no les pido nada, yo digo lo que dice el reglamento, es que no se lo leyó. Sr. Presidente.- De acordo, si bueno. Sr. Muradas Ramos.- Es que no se lo leyó, el artículo 16, artículo 16, se lo voy a leer, porque como no se lo leyó … Sr. Presidente.- Si, pero ler sei tamén, ¡eh!. Sr. Muradas Ramos.- Si pero no leyó. Sr. Presidente.- Bueno, pois lemos. Sr. Muradas Ramos.- Dice que las anotaciones correspondientes en los registros oficiales de la Dirección General de Tráfico, serán responsabilidad de la USTO, esto entra en vigor el 1º de junio, el 1º de junio, a partir de ahí, bueno esto se lo concreté con la noticia que salió en prensa, de que los fiscales van a vigilar muy directamente este tema, porque hay alcaldes que se resisten a la retirada de puntos. Sr. Presidente.- Está de moda isto. Sr. Muradas Ramos.- ¡Eh!. Sr. Presidente.- Que está de moda iso. Sr. Muradas Ramos.- ¡Esta de moda!. Sr. Presidente.- Si, si, nos medios informativos, está de moda iso, de que os alcaldes, algúns alcaldes se resisten a iso. Sr. Muradas Ramos.- Si es una cuestión de moda … Sr. Presidente.- Digo, é unha cuestión de actualidade. Sr. Muradas Ramos.- Está muy simpático hoy, ya lo veo que está muy simpático hoy. Digo esto, que se asume una responsabilidad importante por parte de esta casa, digo que quedan dos meses para la entrada en vigor de este reglamento, y no se, aquí se están haciendo las gestiones oportunas para que ese canal de retirada de puntos se pueda aplicar inmediatamente, una. Dos, quien resuelve es el alcalde o delegado del ayuntamiento, quien instruye, que esa es la razón fundamental de este reglamento, que es la instrucción de todo expediente sancionador, no que los boletos sean únicos, Sr. Louzán, la colaboración es porque hay una prescripción muy importante en sanciones de tráfico, que ayuntamientos pequeños, hay un nivel de prescripción muy alto, y eso en términos de responsabilidad se llama alcance contable, y eso es muy peligroso. Mi pregunta es, si esta casa, si el ORAL, si la USTO va a tramitar todo el procedimiento, y va a remitir la propuesta de resolución a los ayuntamientos con la consiguiente retirada de puntos, ¿qué va a pasar si los alcaldes se niegan a firmar sanción con retirada de puntos?. Esa es mi pregunta, dado que es una actitud de muchos alcaldes de todos los partidos, de todos los partidos, que se niegan sistemáticamente a la retirada de puntos, es decir, que aquí estamos con la aprobación de este reglamento asumiendo una responsabilidad muy grande. Sr. Presidente.- Eu creo que nos estamos extralimitando na responsabilidade de cada quen, o poder sancionador neste caso é do concello, non é noso, é da autoridade municipal, que é do alcalde, nós somos un órgano xestor, non sei se estamos de acordo niso, bueno xestor ou colaborador, dá igual, porque ó final quen xestionamos, pero xestionamos o cobro, a maiores. Polo tanto, ese tema eu creo que nos estamos extralimitando, é unha cuestión que é responsabilidade directa do concello, que é quen ten … Sr. Muradas Ramos.-Yo digo que los puntos, el artículo 16 asume la responsabilidad a USTO, al ORAL, cuidadín con el tema, simplemente es una advertencia, nada más, no se me ponga defensivo … Sr. Presidente.- No, no. Sr. Muradas Ramos.- Y léase, le invito a que se lea el reglamento …, a quién lo hizo, hizo un buen trabajo, mi felicitación desde aquí. Y usted por cortesía, por cargo, debería de echar un ojito y entonces cuando lo defienda públicamente, no dice que es un reglamento para que los boletines …, eso no lo puede decir … Sr. Presidente.- Temos que falar en román paladino, e en román paladino hai que explicar o que é o práctico, o que ata agora no era, e cada un tivera un formato distinto en relación á proposta de sancións, ben, pero tamén é importante. Moi ben, votamos entón, do cal se lle facilita copia, que é o ditame da Comisión Informativa de Economía e Facenda adoptado na sesión ordinaria do 17 de marzo de 2010. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A Deputación de Pontevedra, no exercicio das súas competencias, asumiu a través do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), mediante os correspondentes convenios de delegación, o servizo de colaboración nos procedementos de sancións en materia de tráfico cuxa competencia lles corresponde ós concellos da provincia. A Unidade de Multas de Tráfico do ORAL foi creada formalmente por acordo do Consello Reitor o 16/12/2005. Por acordo do mesmo órgano, de data 21/11/2007, foron aprobadas as regras que hai que ter en conta no procedemento de xestión integral de multas de tráfico. A experiencia ó longo dos máis de tres anos na tramitación dos procedementos das sancións de tráfico dos dezaoito concellos actualmente adheridos ó convenio do ORAL, pon de manifesto a necesidade de contar cun texto regulamentario que actualice o marco de desenvolvemento do exercicio da actividade colaboradora da Unidade de Multas do ORAL nas súas relacións cos concellos adheridos, procurando, dentro do necesario respecto á legalidade, a maior eficiencia na prestación dos servizos cuxa titularidade e competencia última lles corresponde sempre ós propios concellos e no que a Deputación de Pontevedra é soamente un instrumento que facilita o seu exercicio. A necesidade de contar cunha normativa de desenvolvemento vén motivada tamén polos cambios lexislativos que supón a entrada en vigor da Lei 18/2009, de 23 de novembro, pola que se modifica o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos e seguridade viaria, aprobado polo Real decreto lexislativo 339/1990 de 2 de marzo. Neste regulamento delimítase a extensión do servizo que se presta, que consiste sobre todo en que a Deputación de Pontevedra realiza unha actividade esencialmente colaboradora, achegando os recursos técnicos e materiais para o desenvolvemento da actividade en que consiste a potestade de sancións de tráfico. A devandita actividade é parte necesaria do servizo público de ordenación do tráfico e seguridade viaria, cuxo exercicio municipal resulta obrigado por imposición do artigo 25.2 da Lei 7/1985 de bases reguladora do réxime local. Partindo da premisa anterior o texto que se presenta para ser aprobado trata de concretar as obrigas funcionais de cada trámite administrativo. Seguindo criterios obvios de eficiencia e control determínase a necesidade de que sexa o persoal dos propios concellos, preferiblemente os axentes da Policía Local, os que graven os boletíns das denuncias. Para este efecto a Deputación Provincial facilitará os medios técnicos necesarios, posibilitando o futuro establecemento de medios telemáticos individuais de gravación de denuncias e de cobro das sancións no acto. Na ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos que presta o ORAL considerouse rebaixar tres puntos unha vez que os concellos asuman operativamente este trámite. Como resulta esencial cumprir os prazos no procedemento de imposición de sancións articúlanse tamén aqueles ós que deben someterse ás administracións intervenientes para despacharen os distintos trámites administrativos coa finalidade de dotar de eficacia os distintos actos administrativos e ó mesmo tempo preservar as garantías dos interesados. En definitiva, con este regulamento os servizos dos concellos adheridos quedan tecnicamente unidos co organismo provincial nesta importante materia que incide no devir diario dos cidadáns, e a Deputación Provincial reforza, se cabe, o seu compromiso ineludible de avanzar dende o apoio que xa viña prestando no desenvolvemento das obrigas deste servizo municipal a un necesario impulso de calidade no contido da súa prestación. Considerando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais na sesión que tivo lugar o día 24 de febreiro de 2010 aprobou por unanimidade o regulamento do servizo de colaboración na xestión das sancións de tráfico e visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral sobre o mesmo de data 17 de marzo de 2010, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: 1. Aprobar o regulamento do servizo de colaboración na xestión das sancións de tráfico (ORAL). 2. O expediente de aprobación do regulamento do servizo de colaboración na xestión das sancións de tráfico (ORAL), exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Deputación de Pontevedra, a efectos de reclamacións e suxestións. 3. Unha vez finalizado o período de exposición pública e no caso de non producirse reclamacións e suxestións, este acordo considerarase elevado a definitivo. 4. O regulamento do servizo de colaboración na xestión das sancións de tráfico (ORAL) entrará en vigor unha vez aprobado definitivamente polo Pleno provincial, publicado integramente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 abril, reguladora das bases do réxime local. O texto íntegro deste regulamento é o seguinte: “REGULAMENTO DO SERVIZO DE COLABORACIÓN NA XESTIÓN DAS SANCIÓNS DE TRÁFICO. SECCIÓN 1ª.- CONCEPTO E ALCANCE Artigo 1. Concepto do servizo de colaboración na xestión das sancións de tráfico. O servizo na xestión das sancións de tráfico consiste na prestación, por parte da Deputación de Pontevedra a través do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais, da colaboración na tramitación dos expedientes e no exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción á Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria e ás Ordenanzas Municipais de Circulación impostas polos concellos da provincia de Pontevedra, que conviñeron a colaboración en dito servizo coa Deputación Provincial de Pontevedra e cuxa xestión encomendouse ó ORAL. Artigo 2. Ámbito Normativo. As relacións entre os concellos e o ORAL rexeranse polos Convenios formalizados conforme a este Regulamento e no non previsto por este aplicaranse as disposicións vixentes reguladoras do procedemento de sancións en materia de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, as que regulan o Procedemento para a Recadación dos Tributos e demais ingresos de dereito público, as Ordenanzas de Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria impostas polos concellos e a Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola Prestación de Servizos do ORAL. Artigo 3. Funcións a asumir polo ORAL. 3.1.- Funcións relativas á xestión do procedemento. En relación coas funcións que lle corresponde desenvolver ó ORAL sobre os actos materiais relativos ó procedemento de sancións, este asumirá a colaboración na instrución dos expedientes de sancións por denuncias cursadas polos concellos no ámbito das súas competencias, por infracción da normativa sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. Tamén colaborará na instrución dos expedientes por interposición de recursos administrativos contra as resolucións de sancións. Prestarase colaboración e asistencia xurídica ós concellos nos recursos contencioso-administrativos que se presenten contra os mesmos sobre esta materia. A responsabilidade da fase de instrución recaerá sobre os concellos, que deberán ter nomeado ó efecto un instrutor do procedemento. Os concellos asumirán a instrución material do procedemento naqueles casos nos que sexa necesario entrar a valorar sobre o fondo das alegacións e recursos que se presenten, solicitando a través do instrutor as probas e informes que estimen procedentes. A Unidade de Sancións de Tráfico do ORAL (en adiante USTO) tramitará o apoio e asistencia material no resto dos expedientes de sancións nos que as citadas alegacións e recursos presentados non aporten proba suficiente para desvirtuar os feitos denunciados, ademais de colaborar no procedemento e na forma que determine este regulamento. Os concellos seguirán en todo caso sendo os competentes para a resolución dos expedientes de sancións e ditar no seu caso a resolución correspondente nos recursos contra os acordos sancionadores. 3.2.- Funcións relativas á xestión recadatoria. En relación coas funcións que lle corresponde desenvolver ó ORAL sobre os actos relativos á xestión recadatoria, destacar as seguintes: 1. A recadación das débedas tanto en período voluntario como executivo. 2. Liquidación dos intereses de demora. 3. Determinación da data, forma e lugar de pagamento. O ORAL poderá organizar a cobranza das multas, podendo implantar calquera modalidade ou sistema de cobramento. 4. Resolución e execución dos expedientes de devolución de ingresos indebidos. 5. Prestar asistencia e información aos interesados nos expedientes de sancións sobre as materias anteriores. 6. Calquera outra facultade prevista no Regulamento Xeral de Recadación dos Tributos e outra normativa aplicable. Artigo 4. Obrigas de comunicación e colaboración do ORAL. 1. O ORAL manterá actualizado o Censo de Vehículos da provincia, de acordo cos datos facilitados pola Xefatura Provincial de Tráfico. 2. Despois do proceso de cada cargo de denuncias, o ORAL elaborará un resumo que conteña unha relación das denuncias que non se converteron en valor por matrícula inexistente ou protexida, ou por outras circunstancias, a cal se remitirá ao concello respectivo. 3. O ORAL establecerá as vías de información continuada ao concello para que poida ter coñecemento puntual e constante do estado de tramitación do expediente e a situación do valor asociado, así como do estado da recadación. As autoridades e funcionarios dos concellos, debidamente autorizados e acreditados, poderán facer o seguimento puntual da tramitación dos expedientes de sancións, así como obter resultados globais e estatísticas de xestión e recadación, accedendo á aplicación informática. 4. O ORAL levará a contabilidade dos valores que obren no seu poder e renderá conta anual destes, nos termos establecidos na normativa vixente e noutras normas que se poidan ditar ó efecto. 5. O ORAL informará os interesados acerca das dúbidas que formulen respecto da materia recadatoria, así como do estado de tramitación do seu expediente e de todos aqueles actos do procedemento que fosen notificados por este Organismo. Artigo 5. Obrigas de comunicación e colaboración dos concellos. 1. Os concellos deberán comunicar ao ORAL, no prazo máximo de dez días, calquera modificación ou cambio do cadro de infraccións e sancións contido na correspondente Ordenanza municipal de tráfico. Co obxecto de normalizar e regularizar o sistema de infraccións e sancións, e evitar así que a mesma infracción sexa penalizada con sancións distintas segundo o Municipio no que se cometa, a USTO poderá elaborar no seu caso un cadro normalizado das mesmas, que deberá ser incorporado polos Concellos nas súas ordenanzas municipais sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. 2. Os concellos deberán comunicar ao ORAL a identificación daquela/s persoa/s que foron autorizada/s para rexistrar e consultar na aplicación informática de multas as denuncias de tráfico. Só as persoas autorizadas mediante clave persoal poderán acceder á aplicación informática de multas. 3. Os concellos deberán comunicar ó ORAL os cambios de identidade tanto do instrutor como do órgano competente para resolver, así como do Secretario do procedemento, cando proceda, conforme establecen os artigos 137.2 da Lei 30/92, LRJAP-PAC, 12 e 15 do R.D. 320/94, e 10 do R.D. 1398/93. 4. Os concellos deberán tramitar e cumprimentar, á maior brevidade, as peticións de datos ou aclaracións do ORAL, así como as demais incidencias que se produzan no proceso da xestión recadatoria. En xeral, e salvo razóns debidamente xustificadas, os documentos elaborados polo ORAL, unha vez presentados no Concello, devolveranse cumpridos no prazo de cinco días dende a súa recepción e os informes que se soliciten despacharanse no prazo de 10 días. Non serán tramitados polo organismo aqueles documentos que non cumpran o prazo establecido. 5. Os concellos deberán colaborar no cumprimento das instrucións do Servizo de Informática do ORAL e da USTO ao obxecto de axilizar a tramitación do procedemento. SECCIÓN 2ª.- COMETIDOS ESPECÍFICOS. Os cometidos específicos de cada administración Deputación e Concello, nas distintas fases do procedemento de imposición de sancións, serán os seguintes: Artigo 6. Gravación de denuncias. Correspóndelle ó persoal dos concellos, preferiblemente ós Axentes Municipais, a gravación no aplicativo das denuncias efectuadas polos citados axentes, debendo cumprir as especificacións da USTO, ao obxecto de axilizar o proceso. No caso de que os Axentes denunciantes utilicen terminais de man para a incoación das denuncias, procederán á súa descarga na aplicación informática de multas, de acordo coas instrucións aprobadas pola USTO. A fin de evitar erros que poidan invalidar os procedementos, o concello deberá gravar as denuncias rexistrando todos aqueles datos obrigatorios esixidos pola normativa vixente en cada momento pola que se regula o procedemento sancionador en materia de Tráfico. A USTO prestará en todo momento asistencia técnica ós concellos en tódalas dúbidas que poidan xurdir relativas á gravación dos boletíns de denuncia no aplicativo. A este efecto, o ORAL proporcionará ós concellos un modelo de boletín de denuncia con todos os campos obrigatorios esixidos por lei que deberá ser adoptado por estes. Como norma xeral os boletíns de denuncia serán gravados no aplicativo o mesmo día da denuncia, sendo posible a súa gravación os dous días posteriores a mesma. O ORAL non tramitará como norma xeral, aquelas denuncias gravadas con posterioridade a esta data ou aquelas que non cumpran os requisitos legais citados. Os documentos orixinais das denuncias, así como as probas gráficas, documentais ou de calquera outro tipo que en cada caso procedan, serán enviados periodicamente polo concello á USTO, en formato orixinal e dixital ou para a súa dixitalización e incorporación ó expediente. Artigo 7. Notificación das denuncias. Como norma xeral, a notificación realizarase no acto polo Axente municipal. A información relativa a mesma será gravada polo persoal do concello xunto coa da propia denuncia. Nos casos en que concorran as circunstancias taxadas na Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria nas que non é posible a notificación do acto, corresponderalle á USTO practicar a notificación da denuncia. Nestes casos notificarase dita denuncia ó titular do vehículo co que se cometeu a infracción. Tamén será responsabilidade da USTO a notificación daquelas denuncias de circulación como consecuencia da identificación do condutor polo titular do vehículo, así como da notificación ó propio titular daquelas denuncias por non identificar o condutor ou por non resultar posible a notificación ó condutor que aquel identifique. Artigo 8. Alegacións, probas e informes. Os escritos de alegacións e solicitude de probas deberán presentarse no ORAL e serán dixitalizados e incorporados aos expedientes pola USTO. No caso de ser recibidos no concello, este deberá remitilas ao ORAL coa máxima urxencia. Naqueles casos nos que se considere necesario entrar a valorar sobre o fondo das alegacións ou recursos mediante a práctica de probas ou solicitude de informes, a USTO enviaralle ó instrutor do concello o expediente, correspondéndolle a este acordar a realización das probas que estime pertinentes para a indagación e cualificación dos feitos e para a determinación das posibles responsabilidades, así como a solicitude de informe sobre a denuncia ós Axentes Municipais. A USTO prestará ó concello a colaboración que precise para a correcta instrución dos expedientes. Artigo 9. Propostas de resolución. O instrutor será o encargado de elaborar as propostas de resolución nos casos nos que teña que entrar a valorar o fondo das alegación e recursos mediante práctica de probas e solicitude de informes. No resto dos supostos, as propostas serán elaboradas materialmente pola USTO e elevadas ó instrutor do expediente para a súa revisión e posterior sinatura. Unicamente serán notificadas ó interesado nos casos establecidos pola Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, correspondéndolle tal facultade ó ORAL. Nestes casos abrirase un segundo período para a interposición de novas alegacións. Artigo 10. Resolucións de sancións. As resolucións serán competencia da Alcaldía ou Concellería na que a teña delegada. A aplicación informática facilitará o acceso ó expediente completo, vinculando os documentos dixitalizados cos trámites e actuacións que se reflicten nela. Tamén posibilitará a utilización de sinaturas dixitais nas resolucións. A notificación da resolución corresponderalle á USTO. Co obxecto de evitar demoras no procedemento, establecerase un sistema para que a USTO coñeza de inmediato que se ditou resolución nun expediente; deste xeito poderá realizarse a notificación en canto o seu contido sexa confirmado na aplicación informática. Artigo 11. Recurso de reposición. O escrito de interposición do recurso de reposición deberá presentarse no ORAL. Se o recibe o concello, deberá trasladalo de inmediato á USTO para que se proceda á súa dixitalización e incorporación ó expediente. A proposta de resolución do recurso de reposición será elaborada polo instrutor do concello ou pola USTO, en función de cada caso, da mesma forma que no establecido neste regulamento para as propostas de resolución. A resolución do recurso de reposición corresponderalle ó mesmo órgano municipal que ditou a resolución da sanción. A aplicación informática permitirá o mesmo acceso que o establecido para as resolucións de sancións. A notificación dos recursos de reposición será tarefa da USTO nas mesmas condicións que no establecido para as resolucións de sancións. Artigo 12. Recurso contencioso-administrativo. A interposición do recurso contencioso-administrativo deberá ser comunicada á USTO de inmediato para a suspensión de actuacións se procede. Os escritos de comunicación da interposición destes recursos serán dixitalizados e incorporados ó expediente pola USTO. Tamén deberán comunicar os concellos a este organismo a resolución dos citados recursos ós efectos do cumprimento do que ditas resolucións determinen. Artigo 13. Traslado do expediente a outras Administracións. No suposto de que en calquera momento da instrución do expediente houbese que dar traslado do mesmo a outra Administración, por ter competencias en relación co mesmo, a USTO será a encargada de adoptar as medidas preventivas que procedan, de confeccionar e enviar unha copia compulsada e numerada do expediente físico, de manterse informada sobre o estado das actuacións que leve a cabo a Administración receptora do mesmo e de realizar á súa vez as actuacións que corresponden como consecuencia das resolucións que adopte a Administración receptora. Artigo 14. Pago das multas. O pago, tanto bonificado como ordinario, das multas económicas que se deriven dos expedientes de sancións deberá realizarse exclusivamente polos medios e nos lugares designados ó efecto polo ORAL, que aparecerán indicados nos boletíns de denuncia e nas notificacións das denuncias e das sancións. Os concellos deberán absterse de admitir pagos por estes conceptos. No caso de recibir algún, deberán comunicalo de inmediato á USTO, que lles dará as instrucións precisas para lograr que o pago poida aplicarse ó expediente que corresponda. Respecto dos pagos percibidos directamente polos Axentes Municipais no mesmo momento da notificación da denuncia, farase constar este feito na gravación do boletín e establecerase o pertinente sistema entre o concello e o ORAL para a transferencia e posterior aplicación ó expediente destas cantidades. Artigo 15. Exposición pública do edicto. Os concellos responsabilizaranse da exposición pública nos seus Taboleiros de Anuncios dos edictos de citación para notificación por comparecencia e outros que se diten polo ORAL no exercicio das competencias delegadas. Será tarefa do ORAL, nos casos en que sexa necesario, a publicación nos Boletíns Oficiais correspondentes dos actos do procedemento ó efecto de ter por cumprimentados os requisitos formais das notificacións. Artigo 16. Anotación das sancións por infraccións graves e moi graves que impliquen a detracción de puntos. As anotacións correspondentes nos rexistros oficiais da Dirección Xeral de Tráfico da imposición de sancións por infraccións graves e moi graves que leven consigo a detracción de puntos serán responsabilidade da USTO, para o que o ORAL acordará coa Dirección Xeral de Tráfico o procedemento a seguir e os medios a utilizar. SECCIÓN 3ª.- CONTRAPRESTACIÓN E ENTRADA EN VIGOR Artigo 17. Taxas pola prestación do servizo. O ORAL percibirá como compensación económica polos gastos que haxa de atender, coa finalidade de levar a bo termo e eficazmente a prestación do servizo obxecto do presente convenio, as taxas que se establezan na Ordenanza Fiscal reguladora da taxa polos servizos que se prestan polo ORAL vixente en cada momento. Artigo 18. Entrada en vigor. O presente regulamento entrará en vigor, unha vez aprobado definitivamente polo Pleno provincial e publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e transcorrido o prazo previsto no art. 65.2 da Lei 7/1985, de 2 abril.” 10.5934.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “TERMINACIÓN DO ENSANCHE E MELLORA DA EP 2501 SALCEDA-PICOÑA (SALCEDA DE CASELAS)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 10. Aprobación inicial do proxecto “Terminación do ensanche e mellora da EP 2501 Salceda-Picoña (Salceda de Caselas)”. Exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. Motivación da urxencia. É unha obra que non por demorada é importante, senón o importante despois de tanto tempo, pois, finalmente, é levar a cabo esta expropiación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Terminación do ensanche e mellora da EP 2501 Salceda- Picoña”(Salceda de Caselas) que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 245.016,42 euros desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 207.060,00 euros e capítulo de expropiacións por importe de 37.956,42 euros, ten por obxecto o remate das obras de ampliación da devandita estrada provincial. A mellora do vial Salceda-Picoña foise realizando por fases concluíndose co tramo entre Barreiro e o cruzamento de Xabarís, no período 2006/2007. Non en tanto o anterior algúns tramos de estrada quedaron sen mellorar debido á negativa dos propietarios de ceder o terreo necesario, polo cal faise necesaria a redacción do presente proxecto. A urxencia de acometer canto antes as obras vén xustificada pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que o estado actual da estrada supón para a circulación, xa que o feito de terse mellorado a maior parte dos tramos da mesma implica un aumento de velocidade na circulación de vehículos, cuxos condutores, ó atoparse co deficiente trazado dos tramos intermedios obxecto do presente proxecto, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana, a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto “Terminación do ensanche e mellora da EP 2501 Salceda-Picoña”(Salceda de Caselas) que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 245.016,42 euros desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 207.060,00 euros e capítulo de expropiacións por importe de 37.956,42 euros. 2. A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3. A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas vén xustificada pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que o estado actual da estrada supón para a circulación, xa que o feito de terse mellorado a maior parte dos tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación de vehículos, cuxos condutores, ó atoparse co deficiente trazado dos tramos intermedios obxecto do presente proxecto, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana, a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. 11.5935.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO SOBRE O ESTADO DAS ESTRADAS PO-4005 AREAS-ALXÉN CO RAMAL PO-4004 E A ESTRADA PO-2703 PONTEAREAS-PAZOS DE BORBÉN Sr. Presidente.- Punto número 11. Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego sobre o estado das estradas PO-4005 Areas-Alxén co ramal PO-4004 e a estrada PO-2703 Ponteareas-Pazos de Borbén. Ten a palabra D. Gabriel Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Bos días a todos e a todas. Vou a dar lectura á moción que presentamos. “Exposición de motivos. Recentemente a Deputación Provincial de Pontevedra, presentou os seus orzamentos para o ano 2010 sen que nos mesmos figure especificamente ningunha partida económica para atender demandas reclamadas dende as institucións municipais e polos veciños e veciñas de Ponteareas en múltiples ocasións. Reclamacións que se corresponden coa finalidade e funcións da propia Deputación, como son as estradas provinciais que en moitos casos son inseguras e atópanse en mal estado, con problemas de seguridade vial, etc. Como é o caso das estradas PO-4005 Areas-Alxén e co ramal PO-4004 e a estrada PO-2703 Ponteareas-Pazos de Borbén. En decembro de 2007 o Pleno do concello de Ponteareas aprobou solicitar da Deputación as melloras da estrada Alxén-PO-4005, e tamén PO-4004, e á súa vez os veciños e veciñas da parroquia de Ribadetea tamén teñen reclamado en múltiples ocasións melloras de seguridade vial na PO-2703, estrada que cruza toda a parroquia sen que a Institución Provincial atendese ata agora ningunha destas demandas. As estradas citadas non se atopan nas condicións necesarias que permitan cubrir en boas condicións as necesidades de comunicación dos veciños e veciñas que as utilizan a diario e mesmo teñen as vivendas no seu entorno. Teñen un trazado de gran perigosidade con numerosas curvas e carecen de beirarrúas, iluminación, etc., nunhas zonas tan poboadas e con actividades agrarias no entorno das citadas estradas. Estas estradas que soportan unha alta densidade de tráfico local, ademais do uso peonil e de vehículos agrícolas, atópanse en total abandono á respecto da seguridade vial. O goberno do Partido Popular na Deputación no ten feito nada por mellorar a seguridade dos veciños/as das parroquias de Ribadetea, Padróns, Areas, Guláns, Cristiñade e Nogueira que a diario utilizan estas estradas. Tampouco se recolle ningunha provisión para rematar co perigo que supón o Penedo da Sobra na parroquia de Guláns, compromiso que asumiu o Presidente da Deputación nunha visita á parroquia dous días antes das eleccións municipais do ano 2007. O Penedo da Sobra ameaza algunhas casas do lugar de O Pereiro, na parroquia de Guláns e está situado no monte veciñal sobre a estrada que comunica con Couso pola que cada día circulan autobuses escolares. En consecuencia, o Grupo Provincial do BNG presenta esta moción e solicita o voto favorable do Pleno da Corporación Provincial para a adopción dos seguintes acordos: 1.- A Deputación Provincial de Pontevedra realizará actuacións nos viais PO-4005 (Areas-Alxén) e PO-2703 (Ponteareas-Pazos), que contemplarán os seguintes aspectos: a) Mellora dos enlaces cos viais municipais. b) Eliminación ou redución das curvas máis perigosas do seu trazado. c)Melloras na iluminación o seu paso polos núcleos rurais. d) Melloras na sinalización e pasos de peóns. 2.- A Deputación de Pontevedra realizará obras de urbanización e melloras de seguridade vial na estrada PO-4005 (Areas-Alxén). Esta actuación incluirá a previsión e instalación da rede de saneamento naquelas zonas nas que se realicen beirarrúas. Tamén se contemplará elevar a cota do vial PO-4005 ó seu paso polo Barrio de Areo, na parroquia de Nogueira. 3.- A Deputación de Pontevedra realizará obras de urbanización e melloras de seguridade vial na estrada PO-2703 (Ponteareas-Pazos). Esta actuación incluirá a previsión e instalación da rede de saneamento naquelas zonas nas que se realicen beirarrúas. 4.- Cesión por parte da Deputación Provincial ó concello de Ponteareas do vial PO-4004 na parroquia de Guláns, dende o cruce coa PO-4005 ata a igrexa. Esta cesión realizaríase unha vez urbanizada ou ben coa dotación económica para a execución da obra de urbanización (beirarrúas, alumeado, saneamento, …). 5.- Executar de conformidade coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Guláns as actuacións precisas para eliminar o perigo que supón o Penedo da Sobra. Sr. Presidente.- Moi ben, ten a palabra, neste caso D. José Crespo. ¿O Partido Socialista ten algún comentario?. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, eu case era preferible que o Partido Socialista intervira e despois intervir eu. Sr. Presidente.- Están a favor da moción. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, non cabe dúbida de que o que di o Deputado do BNG dende o punto de vista teórico ten razón, pero a realidade é a que é, e esta moción non deixa de ser un canto ó sol, se coñecera que a rede provincial ten 1.800 km e polo tanto é unha rede significativa, e se coñecera tamén que o estado dos viais provinciais teñen unha situación razoablemente aceptable, todo podería ser mellor, non cabe dúbida, pero é que as carreteras provinciais, primeiro están as carreteras locais, que son as de menos tráfico por razóns obvias, logo están as provinciais, logo as autonómicas e as estatais. Dentro do que é o elenco de redes provinciais, estas, as que se refire o Deputado, pois teñen unha puntuación digamos alta, é dicir, non están mal coidadas nin moito menos, teñen unha puntuación dos técnicos municipais, os técnicos provinciais, de 0-10, estas vías terían unha puntuación dun 7.5 unha delas e dun 6.5 outra delas. Quero dicir que, se houbera que dar esta puntuación non estaría tan mal. Eu entendo que se poden pedir melloras en todas, pero ademais o Deputado obvia que para facer esas melloras hai que funcionar en Ponteareas e na súa comarca exactamente igual que en todas, iso necesita un convenio entre o concello respectivo máis a Deputación, e que nese convenio pois se chegue a unha serie de acordos do que fai cada un, etc. Iso é o que se fai con todas as vías provinciais cando se fan actuacións, pero non, ó Deputado élle máis fácil vir aquí, e para quedar ben cos veciños, dicir, é que eu xa pedín na Deputación, e a Deputación que arregle todo. Estes viais non están mal, claro que podían estar mellor, por suposto, todas aquelas melloras que poden ser subxectivas sobre todo por seguridade vial, como para facerlle beirarrúas, é dicir, nos estamos abertos ós convenios que firman todos os concellos con esta casa. Polo tanto, iso ten que vir por vía de convenio. Con respecto ó da igrexa de Guláns, o cambio é posible, pero dígolle o mesmo, por parte de que a Deputación ceda ese ramal á titularidade municipal, non hai ningún tipo de problema, agora, que o ceda, o ceda totalmente arranxado, para iso fírmase primeiro o correspondente convenio, arránxase, e logo cédeselle ó concello, se quere o concello. Obviamente presenten alí, a respectiva moción, nese concello, e se o concello acepta, tamén se lle pasaría nas condicións que pedimos moitos concellos, vías provinciais, na situación que están, é dicir, se queren arreglalo, obviamente hai que ir pola vía de convenio, e se queren cederllo pois non hai ningún tipo de problema. En relación ó último punto que presenta, o do Penedo da Sobra, non cabe dúbida, que este Penedo, que ten polo visto unha problemática importante, no sentido que é certo que o Presidente foi alí, e estudou cos veciños a posibilidade de quitalo, e niso estamos. Obviamente o Presidente cando foi alí, non tiña o informe técnico que agora temos, onde se cifra entorno a un millón de euros para quitar ese penedo de 14.000 toneladas. Sexa como foi, hai dous posibles presupostos, pero o máis factible, o tecnicamente máis propio, o que ofrecería máis garantías, é o de cortala en parteróns, … de tal maneira que non haxa ningún desprendemento por alí abaixo, e non prexudique a ninguén. Iso se se corta con fío, tal e como se tiña previsto, hai que montar unha serie de infraestruturas para facelo e despois o custo que tería estaría en torno ó millón de euros, o cal é unha barbaridade. Nós estamos traballando no asunto, de tal maneira que se poida chegar a un acordo entre a Xunta de Galicia, por suposto a Deputación, e tamén o concello de Ponteareas, para intentar solucionar ese problema, sabemos que é un problema, sabemos que efectivamente ese penedo pode entrañar unha seria ameaza, e que hai que arranxalo, pero o que non cabe dúbida, ó Presidente, cando foi alí, non se lle pasaba nin pola imaxinación que iso podería valer un millón de euros, porque obviamente pois, non tiña os datos técnicos, que a partires de aí o fixo un técnico da casa, e as dúas propostas que fan, calquera delas é razoablemente cara, como para afrontala en exclusiva a Deputación de Pontevedra, pero Sr. Deputado, esta moción que vostede fai, poderíaa facer en todos os concellos da provincia, e eu entendo que vostede ten que dar conta da súa representación aquí nesta casa para a súa comarca, pero mire, este élle un problema basicamente municipal, traslade vostede ó punto de debate adecuado que é o concello, neste caso Ponteareas, que o seu grupo presente a correspondente moción, e, pois, de acordo, como se fai cos outros concellos se chega a un acordo, porque senón iso, como se un concello lle pide ó Estado directamente calquera cousa que, efectivamente, poden facerlla pero non é o conduto máis axeitado. ¿Vale?. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Moitas gracias Sr. Crespo. Pero pola información que vostede me facilita, non, pero creo que vostede está mal informado, porque esta moción, Sr. Crespo, xa foi tratada nos concellos de Salvaterra e Ponteareas e votada a favor polo seu grupo, e aprobada por maioría, por unanimidade de todos os grupos, foi aprobada en Salvaterra e en Ponteareas, incluso llo poño na propia moción, no 2007, en Salvaterra agora no 2009, a finais do 2009, ¿entende?. Entón, non me veña vostede a min que hai que facer un convenio, pois se esa moción incluso lle chegou por outra vía á Deputación, plantéxella vostede ós respectivos alcaldes que son do seu partido, e que leven a cabo ese convenio, que é o que teñen que facer, e aquí non estamos plantexando un brindis ó sol, como vostede me dicía, estamos plantexando a necesidade dos veciños de aí, da comarca, e se quere eu invítoo a que me acompañe, e vamos alí e miramos, recorremos a estrada e despois falamos, e senón tamén lle invito a vostede que dea unha volta polo Salnés, e que compare, compare vostede a Comarca do Salnés coa Comarca do Condado-Paradanta, entón comparamos as estradas, as aceras, etc., como están unhas e como están outras. Con respecto ó famoso Penedo da Sobra, isto non foi unha idea do Bloque Nacionalista Galego, foi un compromiso asumido polo Sr. Presidente, con todos os veciños, dous días antes das eleccións, el se comprometeu a facer esas obras, a levar as obras de eliminación do penedo, está recollido nos medios de comunicación, e foron unhas declaracións del mesmo. Pero non soamente iso, despois diso, varios meses despois, ou un ano despois, non recordo exactamente, el visitou outra vez a zona, e fixéronlle unha tarta coa imaxe do penedo e o Sr. Presidente comeu un trozo do penedo, xa o cortou antes, ¿a que si Sr. Presidente?, xa o cortou e xa o comeu, e agora vostede resulta que di, que vale un millón de euros, pois hai que mirar o que se di antes, os compromisos que se asumen, non foi un compromiso meu nin do Bloque Nacionalista Galego, foi un compromiso do Sr. Presidente, e pedimos que o cumpra, ¿entende?, pedimos que o cumpra. E para rematar, para non estenderme moito máis con ese tema, nós presentamos unha moción, e se vostedes non pensan facer nada, voten en contra, voten en contra. Nada máis. Sr. Presidente.- O que pasa, creo que o Sr. Martínez Giráldez ten, creo que ten pouca memoria, ou di parte e omite outra parte, ¿se acorda vostede cando foi alí unha señora chamada Montserrat Núñez, Delegada de Industria, que dicía que ía facer o mesmo co Penedo?. Non se acorda. ¿Acórdase?. Pois entón iso ¿como non o di?, pero entón iso, ¿como non o di?, como non di iso de que esa señora sabía que, era tamén correlixionaria do seu partido, e se había comprometido a que ía a sacar o penedo, ¿como non di iso?. Sr. Martínez Giráldez.- Non se comprometeu, esa é a diferenza, non se comprometeu a sacar o penedo, ela se comprometeu a facer un estudo para sacar o penedo, cousa totalmente diferente, vostede non, vostede se comprometeu a sacar o penedo, e comeu o penedo, o que pasa é que non lle está facendo boa dixestión. Sr. Presidente.- O penedo ten 14 mil toneladas, e eu de momento na dimensión da comida, vou máis ou menos proporcionado, non vou tanto por alí porque senón sería algo esaxerado, ¿compréndeme?. Polo tanto, a cousa non lle vai por aí, de momento, non sei se a bocados poida chegar alá. Entón eu o que teño que recordarlle, que vostede ten pouca memoria, e como ten pouca memoria algúns que de memoria andamos ben, non sei se é por comer cenorias, e non penedos, pois lle recordo que esa correlixionaria do seu partido se comprometeu alí a retirar o penedo, porque ademais mo dixeron os veciños, pero comprometeuse pero non fixo nada, e a min despois invitáronme noutra cuestión, por certo, onde si a colaboración da Deputación foi importante, pois logramos trocear a tarta esa para que tamén dalgunha maneira puidéramos retirar o penedo, ou sexa, que estamos no bo camiño. Pero a diferenza da Sra. Delegada, que foi alá polo ano non sei canto, de momento en prazo estamos mellor, que é o prazo que incumpriu a Delegada do Bloque Nacionalista Galego. Polo tanto, estamos vendo a posibilidade con varias empresas, incluso cunha asociación que está traballando para poder retirar o penedo, entón ó final eu espero lograr retirar ese penedo do sitio. E en relación ó outro tema, home supoño que esta moción parece que lle sobre, entendín que o Bloque Nacionalista Galego está en contra das actuacións que se fan no Salnés, nas carreteras, me parece que algo lle entendín, senón mo terá que aclarar, pero a maiores diso, supoño que esa moción que presenta para Ponteareas tamén a presentará en Pazos, en Salvaterra. Eu creo que debería coller ós concellos da provincia de Pontevedra e facer unha moción exactamente tipo, onde as curvas, haxa que mellorar algunha curva, onde haxa que mellorar, urbanizar e todo o demais, eu creo que debe de presentala unha aquí, outra na Xunta e outra no Estado, e incluso na Unión Europea, para que a ver se así podemos lograr que as melloras que vostede proclama se poñan en marcha, pero bueno, entendo que algunhas delas a Deputación xa esta traballando nelas, porque sabe ben neste caso o Portavoz desta materia, que é Pepe Crespo, e outras se irán facendo en función das posibilidades presupostarias, como diríamos, e como nós non somos, pois neste sentido, sectarios, iremos actuando, en función das demandas. E agora doulle a palabra neste caso a D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bueno, aclarado o que declarou ó Sr. Deputado, o Presidente, a min só me resta dicirlle que vamos a ver, estas mocións entendo que vir ó Pleno, e vostedes fan o seu papel, pero se quere ver a rede provincial invitámolo, non hai problema, e pode vela, non a de Ponteareas, e verá como a da súa zona, na media, está por encima da media, sen ir máis lonxe, se quere levo eu a miña, ensínolle as carreteras provinciais, as do Deza, perdón, Paradanta. Quero dicir, é certo que non temos unha cantidade tremenda de quilómetros, non poden estar na zona norte, e tan boas condicións como na zona sur, porque na zona sur vive moita máis poboación. Nós temos vías provinciais no Deza que son estreitiñas e que están regular, estarían nese 5 como moito, pero que obviamente pasa moi pouquiño tráfico, non é o caso desta de abaixo, nesta zona obviamente hai máis tráfico, igual que no Salnés, se hai máis tráfico, pois porque hai máis xente que vive nesas zonas, é lóxico que iso estea en mellores condicións. Unha vía provincial que pasa polo medio e medio do monte e que une dúas localidades pois dun concello ou doutro, obviamente ten que estar nunhas condicións, do tráfico que pase por alí, razoables, pero nada máis que iso. Polo tanto, non hai ningún agravio coa área de vostede, polo tanto non é o Condado-Paradanta, lonxe de estar prexudicada, está por encima da media provincial, deses 1.800 km que temos de carreteras. E por outra parte, dicir que hai dúas maneiras de facer estes convenios, hai concellos, sobre todo no Salnés, que cederon os terreos os veciños dunha maneira desinteresada, e que loxicamente en Ponteareas se ocorrera o mesmo, os seu veciños deran os terreos para esas zonas que poden ser conflitivas, poñer con menos pronunciamento algún tipo de curva, ou algunha actuación onde haxa vivenda, e que se poida mellorar, obviamente. Se os veciños están dispostos a ceder os terreos para esas actuacións puntuais, tamén o estudaríamos, e o resto ten que ir por vía convenio, como vai con todas as carreteras de provincia, cos concellos respectivos, e para iso ten que sentarse o concello, ten que sentarse a Deputación, e chegar a un acordo e que haxa orzamento para todos, porque agora mesmo as vías provinciais necesitarían, pois 10 ou 15 máis do que temos, para poderlle facer fronte a eses problemas de seguridade vial, onde hai que facer beirarrúas, que de paso que se fan beirarrúas, sabe vostede, que se é unha zona habitada os concellos aproveitan para meter a rede de sumidoiros e faise a separación de pluviais e fecais, e polo tanto, nós estamos abertos a calquera tipo de actuacións, pero obviamente esta moción, como dixo o Presidente, poderíase presentar en calquera dos concellos, e sería demagóxico pola nosa parte aprobalas todas e despois non facelas. Polo tanto vamos a votar en contra por esa razón. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Sr. Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Soamente é para dicirlle que vostede me dicía que estaba en contra das obras que fai a Deputación no Salnés, non, non estou en contra das obras que fai a Deputación no Salnés, estou dicindo simplemente que se facemos unha comparación de cómo se atopan as estradas … Sr. Presidente.- ¿Que parámetros medimos para iso?. Sr. Del Río Iglesias.- Deixe falar Sr. Louzán … Sr. Presidente.- Pero, se ten o micrófono aberto, D. Pauliño. Sr. Martínez Giráldez.- Eu só quero aclararlle iso, e sigo insistíndolle ó Sr. Crespo, esas mocións foron aprobadas nos concellos respectivos, entón hai un acordo do propio Pleno, e o propio alcalde que está aquí incluso presente, o alcalde de Ponteareas, se estas obras realmente son ou non necesarias, e teñen incluso varias demandas dos propios veciños, probablemente non poderase facer beirarrúas en todo o tramo da estrada, pero si nos tramos onde están as casas máis pegadas, e onde hai estreitamentos, eses puntos hai que melloralos, que é o que se está pedindo un pouco con esta moción, ¿entende?. E despois estoulle dicindo que están alí os datos, é dicir, está habendo constantemente accidentes neses tramos de carreteras, non os invento eu, son datos que están alí, e algúns deles mortais, leva falecido algunha xente nesas estradas, ¿entende?. Non seguimos insistindo no tema, e pídolles que cambien o voto e que realmente, e incluso o propio alcalde de Ponteareas, Deputado, que se posicione tamén ó respecto. Porque é unha obra necesaria e demandada polos veciños. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Martínez Giráldez. É evidente que é necesaria, claro que se nós o planteamos dende a óptica da oposición, pois claro, é necesario, podemos facer ese brindis ó sol, como dicía neste caso D. José Crespo, pero hai que aterse á realidade, e a realidade son os medios económicos dos que un dispón, e necesidades hai moitas. Polo tanto, … Sr. Martínez Giráldez.- O único brinde ó sol o fixo vostede alí. Sr. Presidente.- No, non, antes fixérono outros. Sr. Martínez Giráldez.- Non, vostede … Sr. Presidente.- Non, outros, compañeira túa, ademais do teu partido político. Non te esquezas pero de momento eu estou en prazo. A túa compañeira leva, se lle acabou o prazo á túa compañeira. Moitas gracias. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego sobre o estado das estradas PO-4005 Areas-Alxén co ramal PO-4004 e a estrada PO-2703 Ponteareas-Pazos de Borbén. 12.5936.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA SOBRE A AUTOVÍA ENTRE TUI E GOIÁN, A SÚA CONTINUACIÓN COMO VÍA DE ALTA CAPACIDADE ATA A GUARDA E A VARIANTE DE A GUARDA Sr. Presidente.- Punto número 12. Moción do Grupo Provincial Socialista sobre a autovía entre Tui e Goián, a súa continuación como vía de alta capacidade ata A Guarda e a variante de A Guarda. D. José Antonio Olmedo ten a palabra. Sr. Olmedo Granja.- Si. Bos días Sr. Presidente. Bos días señoras e señores Deputados. Vou a dar lectura á moción e empezamos falando do que é a vía de alta capacidade entre Goián e A Guarda e a situación na que se encontrou o goberno de Núñez Feijoo en relación a este proxecto. As obras do treito 1, comprendido entre a PO-350 e Tui, e do treito 3, comprendido entre Goián e A Guarda, quedaron xa no ano 2009 iniciadas as expropiacións e licitadas e adxudicadas para o inicio inmediato das obras. En relación ós treitos comprendidos entre Goián e a estrada PO-350, treito 2, así como a variante de A Guarda, treito 4, xa se había sometido a información pública e ós estudos informativos e quedaba obter a declaración de impacto ambiental para poder contratar os proxectos e as obras. A futura autovía Tui-Goián e a súa continuación como vía de alta capacidade ata A Guarda, mellorará a mobilidade e seguridade viaria do baixo Miño, facilitando as conexións dos concellos de A Guarda, o Rosal e Tomiño con Tui, e dende alí a través da A-55, con Vigo e o resto da rede viaria galega. Este corredor suporá un importante avance nos tempos de conexión e na seguridade viaria fronte á vella estrada PO-552, que atravesa numerosas travesías urbanas. Por este motivo e ante os anuncios contraditorios do goberno da Xunta, o Grupo Socialista na Deputación de Pontevedra, quere impulsar a execución dunha infraestrutura que mobiliza perto de 200.000.000 de euros para construír 18 quilómetros de autovía e 13 de VAC, vía de alta capacidade, unha infraestrutura moi necesaria na provincia de Pontevedra. E é por todo o anteriormente exposto, polo que presentamos a seguinte moción e os seguintes acordos: Instar á Xunta de Galicia para que manteña as características técnicas de autovía para os tramos entre Goián e Tui, tal e como tiña previsto o goberno anterior. Instar á actual Xunta de Galicia para que contrate as obras do tramo 2 de Tomiño a Goián no vindeiro ano 2010. Instar á Xunta para que garanta a comunicación de Tomiño con esta autovía, de xeito que poida utilizarse para vertebrar o tráfico dentro do concello e permita a conexión co polígono industrial. Instar á Xunta a respectar o entorno do río Miño e complementar todas as medidas de restauración medioambiental necesarias para minorar o impacto ó territorio, e, habilitar itinerarios para os peóns nos lindes desta infraestrutura para garantir a mobilidade. Instar á Xunta para que garanta a execución da variante da Guarda, que deberá iniciarse neste ano 2010. E, instar á Xunta para que poña todos os medios necesarios para ter rematado todo o eixe entre Tui e A Guarda e a estrada con Baiona no ano 2012. Antes de darlle a palabra ó voceiro do Partido Popular quería aclarar unha cuestión que xa xurdiu, unha pequena contradición no informe do ditame da comisión, e é que no punto, no punto, concretamente, vamos a ver, no punto número 2, cando falamos de instar á Xunta para que contrate as obras do tramo 2 de Tomiño a Goián no vindeiro 2010, evidentemente, nos referimos ó proxecto que tiñamos nós, porque ese proxecto foi modificado o pasado xoves, pois pode ser, estamos a 26, pois pode ser o xoves 19 ou o xoves 12 de marzo, polo tanto, nós facemos referencia nese punto ó proxecto que había anteriormente aprobado polo bipartito, como é evidente. Gracias. Sr. Presidente.- Pois moitas gracias. Ten a palabra neste caso o portavoz nesa, D. Jesús Fernández Portela. Sr. Fernández Portela.- Gracias Sr. Presidente. Bos días. Vamos a ver, gustaríame empezar facendo unha breve historia de todo este tema da autovía ou vial de alta capacidade de Tui á Guarda. Esta historia comeza no 2004, fai seis anos, cando o actual Presidente da Xunta de Galicia, naquel entón Conselleiro de Política Territorial presenta o proxecto no Centro Cultural da Guarda a todos os veciños da comarca. Posteriormente, moi pouco tempo despois, iníciase unha serie de movementos sociais en contra do citado proxecto. Hai que dicir que ese proxecto contemplaba cinco alternativas, delas naquel momento o goberno da Xunta do Partido Popular opta pola alternativa número 2, que sae de Tui, atravesa Tomiño, baixa en Forcadela e segue pola beira do río ata a rotonda de Goián, na ponte internacional, de aí sobe outra vez ó monte e baixa polo través do Louzado, entra no Rosal e sae na Guarda. Eses movementos sociais que se provocan nese 2004, finais do 04 e principios do 05, dos cales pois hai referencias numerosísimas, tanto nos medios de comunicación como nos propios concellos a través de mocións presentadas ós plenos, retrasan a posta en marcha do proxecto. No 2005, como sabemos, hai eleccións autonómicas e sobe ó poder o bipartito, aínda que gaña o PP, pero bueno, legalmente sobe ó poder o bipartito, faise coa Xunta e trata de buscar unha alternativa prometida por activa e por pasiva durante o 2004 e principios do 2005, para articularme, sobre todo, sobre todo, polos candidatos e polos dirixentes locais do Partido Socialista na comarca. Hai que recordar, e eu creo que Olmedo recordará perfectamente todas aquelas movidas que durante finais de 2004 e principios de 2005 se levaron a cabo na comarca. Vial polo monte, alternativa 2 non, bueno, os insultos, as pancartas, os cirios, as pintadas, o boicot ós actos sociais, recordo concretamente un que me tocou de ir a min, que foi a inauguración da feira do viño no ano 2005, bueno, membros do seu partido con camisetas alusivas ó tema reventaron o acto inaugural e prometendo sempre, membros, repito, dirixentes do Partido Socialista, o vial polo monte, vial polo monte que lles tocou executar cando realmente teñen a responsabilidade do goberno. Inician os estudos, buscan alternativas, durante catro anos de goberno, buscaron alternativas, e ó final do mandato ofertan a que vostede di agora, que é a que propón, que saben que tivo unha contestación social tremenda tamén en Tomiño porque divide Tomiño, reventaba Estás e Figueiró. Entón, despois de catro anos no goberno que non foron capaces de sacar o vial polo monte como tanto prometeron ós veciños e veciñas do Baixo Miño, perdéronse catro anos, as obras retrasáronse catro anos, máis un anterior, cinco anos, e o vial está como está. No 2009, hai eleccións outra vez e o Partido Popular volve ó goberno, e retoma, retoma o vial practicamente na situación que o deixou, efectivamente hai unha alternativa que agora propós, que é a de Tui-Goián, pero pola parte de Sobrada e pola parte alta de Tomiño. O Partido Popular retoma esa alternativa, a alternativa 2, que é por Forcadela a Goián, ten aquí referencias, non vamos a facer porque é unha, a nota informativa de prensa que saíu fai unha semana, que supoño que é á que fai referencia vostede, aí lle explica claramente por que se colle a alternativa 2, por que se retoma. Concretamente fai referencia a dúas cuestións, unha porque a alternativa norte, que é a que vostede di, incide sobre 930.000 metros cadrados, fronte a que a alternativa sur vai a incidir soamente en 730.000. O tráfico que agora din que hai que, que a alternativa é máis vantaxosa porque ten máis capacidade, porque pretende mellores niveis de conexión, iso era o que levaba ó PP a presentar a alternativa 2 e non o vial polo monte como dicían naquel tempo. E os viadutos, tamén, que se van a executar para salvar as zonas BIC do Miño, todo isto fai que a alternativa 2 mellorada, mellorada, iso si, mellorada con respecto ó 2004, a Xunta de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente opte por ela, e opta por ela porque é máis curta ademais, a alternativa proposta por vostedes ten 14 quilómetros e a alternativa proposta polo Partido Popular ten 10 quilómetros. E cumpre tamén sinalar que dita comparación, o goberno galego conclúe que a alternativa sur é a máis favorable xa que presenta unha serie de vantaxes en canto á capacidade de tráfico, parámetros medio ambientais ou rendabilidade para os usuarios. Por estas razóns dende logo penso que a estas alturas chegar cunha moción para que se leve a cabo nos prazos que vostede propón, que estou seguro que considera que é imposible executar, porque está falando do 2010 cando aínda están as obras como están, do 2010-11, do 11, do 10 no da variante da Guarda, a variante da Guarda, ¿en catro anos non puideron aprobar o proxecto e adxudicalo?, é que, o problema, Olmedo, é que en cinco anos non se fixo nada, nada, absolutamente nada, propor unha variante nova que non era a que habían prometido, e logo, claro a contestación social en Tomiño foi gorda, e entón houbo que deixala aí a que pasaran as eleccións e agora pasámoslle a pataca quente ó Partido Popular. Vostedes tiveron unha ocasión extraordinaria para cumprir co baixo Miño naquel momento, se houberan cumprido no 2005 ata o 09, co baixo Miño, hoxe non tiñamos motivo para discutir esta moción. Pero catro anos tiveron aí e non fixeron absolutamente nada, e teño que dicirlle, para rematar, que por suposto vaise, o Partido Popular vai executar a obra, xa está en obra, o tramo Rosal-A Guarda está en obras, Tui ata a estrada de Tomiño está en obras, e o Conselleiro e o Presidente van a executar esta obra, a Xunta de Galicia vai a levar adiante esta obra, e iso si, non nos prazos que vostede propón, porque é imposible e inviable, dado a situación que se atopou no momento de ter recuperado o goberno da Xunta. Os prazos do plan que ten a Xunta actual é que o treito 1 e 3 se rematen no 2013, a finais do 12 e principios do 13, o treito 2, que é o máis complicado, que foi o que orixinou, por culpa de vostedes por suposto, este retraso, quedaría rematado no 2015, e a variante da Guarda irá co prazo de Tomiño, de 2015. E isto hai que ser realistas, tampouco se fai en mil anos, ¡eh!, de momento. Polo tanto, dende o grupo de goberno vamos a rexeitar a moción. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Jesús Fernández Portela. Ten a palabra D. José Antonio Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Gracias Sr. Presidente. Sr. Fernández Portela, a verdade é que a súa intervención é sorprendente, de verdade. Afirma vostede e o di e afirma, que basicamente ou practicamente, dixo practicamente, se atoparon vostedes despois de catro anos coa mesma situación que deixaran no ano 2005, creo que esa é a súa intervención, voulle a facer un resume do que deixaron vostedes e do que se atoparon. Vostedes deixaron unha vía de alta capacidade entre Tui e A Guarda, non vou a entrar a discutir porque é un dato que non teño corroborado, vostede afirma que esa vía de alta capacidade tiña conexión co polígono da Guarda-O Rosal, eu mantiven que non, e o sigo mantendo, pero non vamos discutir sobre esa cuestión. Pero mire, vostedes deixaron unha vía de alta capacidade de 80.000.000 de euros entre Tui e A Guarda, o que se atoparon vostedes, vostedes cando chegaron ó goberno, foi 13 quilómetros de autovía, 8 quilómetros de vía de alta capacidade, 1 proxecto reformado, efectivamente hai que facer estudos para tomar decisións Sr. Fernández Portela, non se toman as decisións despois ou antes de facelos estudos, se toman despois. Queda un proxecto cunha conexión directa co polígono A Guarda-O Rosal, se contempla a circunvalación de A Guarda, que era algo que o proxecto anterior non contemplaba, que deixaba basicamente o tráfico pesado no centro de A Guarda, coa dificultade que ten esta vila, igual que a maior parte das vilas en Galicia, que carecen de circunvalación, ten unha conexión co polígono industrial de Teo e co centro urbano de Tomiño, e sobre todo, evidentemente, saímos dun formato de vía de alta capacidade e pasamos a un formato de autovía, todo isto Sr. Fernández Portela, evidentemente, marca unha diferenza substancial co proxecto que tiñan e que defendían vostedes. Eu tamén quero dicirlle que o compromiso do Partido Socialista, o do Grupo Socialista co Baixo Miño, pois dende logo se traslade en números ós cambios que se sufriron neste proxecto, cambios, digamos que melloras, polo tanto eu creo que o compromiso do Partido Socialista coa comarca do Baixo Miño, que vostede fai referencia, está fóra de toda dúbida. E, Sr. Portela, plataformas existen en case todas as grandes obras de infraestruturas, porque evidentemente os cidadáns teñen dereito a defender de maneira individual ou colectiva, todo aquilo que consideren que debe ser defendido, pero, lle podo garantizar que nós non asumimos todas as demandas da plataforma, porque non coincidimos coas demandas da plataforma en moitas cuestións. É certo de que se fixeron estudos, como di vostede, para determinar a viabilidade de certos tramos desa vía de alta capacidade polo monte, pero tamén é certo, e vostede o sabe ademais porque un deses estudos, pasaba, facía referencia ó paso da vía de alta capacidade polo seu concello, os estudos foron moi claros en canto ó que podía saír desa demanda das plataformas, no caso do seu concello, concretamente no de Tomiño, despois deses estudos se determinou, porque ademais creo que era contundente o estudo, que levar o trazado da vía de alta capacidade ou da autovía do concello de Tomiño ou do Rosal ó monte, como dicía vostede, era moitísimo máis agresivo dende o punto de vista medioambiental, e evitable dende o punto de vista da loxística dunha autovía porque, evidentemente, se perdían entre cinco e seis minutos en subir dende a zona céntrica da Guarda ó Rosal e Tomiño, a coller a autovía na zona alta, iso é unha das circunstancias que determinou ese estudo, polo tanto aí non se modificou o trazado anterior, si se modificou o trazado ou o formato de vía de alta capacidade a autovía entre a ponte de Goián e Tui, simple e llanamente porque os parámetros medidos na semana santa daban preto de 20.000 vehículos e polo tanto considerábamos que unha vía de alta capacidade, entregada nun horizonte de 2015 non era suficiente para as prestacións do Baixo Miño, e polo tanto, eu creo que aquí si que debemos responsabilizarnos cada un do noso. Sr. Fernández Portela, as plataformas, como eu ben dicía, teñen dereito a manifestar o seu descontento en canto hai unha infraestrutura de alta capacidade que efectivamente vai a cambiar a pel da comarca, pero iso non significa que as conclusións neste caso do Grupo Socialista na comarca, do que previamente, por certo, para facer unha autovía supramunicipal, Tui-A Guarda-Rosal e Tomiño, houbo que poñer de acordo a todos os representantes do Grupo Socialista dos distintos concellos que non estaban de acordo, pero entendíamos que este era un proxecto supramunicipal e que nalgúns concellos podía ter mellor acollida e noutros peor, pero que en todo caso son cuestións que hai que superar cando se plantexa un proxecto deste tipo. Eu dende logo teño moi claro, se o traballo que se fixo durante catro anos, a pesar de que vostede diga que simplemente se perderon tempos en estudos, eu creo que foi un traballo moi beneficioso para o conxunto da comarca do Baixo Miño e creo que, honestamente, do proxecto que deixaron vostedes, no ano 2005, ó que retomaron no ano 2009, hai substanciais diferenzas, non soamente en canto a prestacións senón tamén en canto a financiación e financiamento. E agora vostedes deciden cambiar o tramo 2, de Goián a Tui e de levalo outra vez ó río, bueno, pois eu neste caso non podo por outra parte que felicitarnos a nós mesmos porque, Sr. Fernández Portela, seguramente dos estudos que fixo o bipartito con respecto a este vial sae agora o feito de que vostedes si que cambiaron o trazado de Ponte de Goián a Tui, pero non cambiaron o formato, ségueno mantendo como autovía e non como vía de alta capacidade, e seguen investindo 20 millóns de euros máis en levalo elevado para evitar unha pantalla natural do río Miño, que en caso de crecida puidera significar un risco importante para as poboacións. Polo tanto, eu creo que si que é certo que os estudos, neste caso, foron necesarios e beneficiosos para tomar decisións en canto á mellora e as prestacións desta infraestrutura. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Olmedo. Ten a palabra D. Jesús Fernández Portela. Sr. Fernández Portela.- Vamos a ver, Sr. Olmedo, efectivamente, catro anos en estudo, catro anos en estudo, pero é que en catro anos, ¿non se pode facer máis que un estudo?, eu creo que se pode facer algo máis que un estudo, porque ese estudo para chegar ás conclusións de que no Rosal non había outra alternativa máis que a que se propuña de principio, non fai falta pasar dous anos de goberno para que o terceiro ano digan que non hai mellor alternativa que a proposta do goberno anterior, e que se mantén a alternativa número 2 Goián-A Guarda, porque é inviable polo monte, iso xa se miraba non fai falta ser moi técnico para subir o monte, patear o monte e ver como é a orografía do Rosal para saber que por onde ía era o único e posible sitio, porque polo río non podía ir e polo monte tampouco. Pero ben, insisto, catro anos en estudo, e iso é o que lle reprochamos, que en catro anos vostedes non fixeron máis que un estudo. Efectivamente o Partido Popular recolle e retoma o proxecto do 2005, do 2004, modifica algunhas cousas e vai a cumprir os prazos e vai a cumprir co Baixo Miño nestes catro anos que lle corresponden. Dicíame ademais que O Rosal non tiña conexión, o polígono industrial non tiña conexión, o que pasa é que estaba modificándose o proxecto cando houbo eleccións, e entón claro, quedou a cousa como quedou, e Tomiño tiña conexión, e o Parque Empresarial estaba tamén, porque está nos proxectos complementarios a conexión dende Forcadela, á altura do instituto de Tomiño, entre o Seixo e o instituto, de aí saía unha conexión co centro e co polígono. ¿Que pasa?. Coincidiu xustamente co período electoral e aí quedou. Insisto, reprocháselle simplemente catro anos, foron catro anos case perdidos, cinco e case seis, e pola miña parte nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Jesús Fernández Portela. Bueno, ten a palabra D. José Antonio Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Si, para rematar. Home, a min hai datos que non me cadran nesta exposición Sr. Fernández Portela, porque fala vostede de que nós en catro anos só fixemos estudos, sen embargo no punto 6º por exemplo, instamos á Xunta para que poña todos os medios necesarios para ter rematado todo o eixo entre Tui e A Guarda e a estrada con Baiona no 2012, vostedes se van ó 2015, resulta que nós en catro anos non fixemos nada. Vamos a seguir coa exposición e despois se quere, Sr. Fernández Portela, toma nota e vostede fai a intervención, porque ademais está no seu dereito se quere, eu nin sequera vou a facer a finalización da intervención da iniciativa. Eu o que si creo Sr. Fernández Portela, é que parece que as súas palabras ou as súas verbas non se ciñen moito á realidade, porque cando vostede afirma que retomaron practicamente a iniciativa tal e como lle deixaran, eu lle estou dicindo que esa iniciativa non ten nada que ver, nada que ver, cos oitenta millóns de euros da vía de alta capacidade que vostedes plantexaban. Agora na segunda intervención me fala vostede de proxectos complementarios como a conexión do polígono de Tebra coa vía de alta capacidade, claro, pero estamos falando xa de proxectos complementarios, aquí o que estamos falando é dunha infraestrutura, que en teoría non soamente tiña que conectar A Guarda con Tui, senón que tiña que conectar unha infraestrutura que había previa como era a ponte internacional de Goián-Vilanova da Cerveira, que estaba aí e había que conectalo, tiña que conectar un polígono que estaba feito en Tebra, e que non se conectou. En todo caso, Sr. Fernández Portela, os estudos non valerían para levar o trazado da vía de alta capacidade pola zona alta do Rosal, é certo e o saberá o máis pintado nesta sala, pero os estudos si que deron como resultado de que pasaramos dun formato de vía de alta capacidade a un de autovía, e iso, evidentemente, se fixo un estudo porque non se fixera antes, ou, ¿é que nós obviamos os estudos que fixeran vostedes previamente e fixemos outros porque non nos fiábamos deses estudos?, non Sr. Fernández Portela, fixemos estudos porque non estaban feitos, e habería que facer algún estudo máis, xa llo dixen o outro día na exposición do ditame da comisión, porque vostede e eu sabemos por exemplo que o 100% ou o 90% da xente que vive no centro da comarca, que hai nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tui e Oia, perdón, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Oia, a maior parte da xente que vai hacia Tui é para despois ir hacia Vigo, e polo tanto habería que ter feito un estudo previo, polo menos no centro da comarca, de cal é o destino da xente que utiliza esa infraestrutura. Eu pouco máis teño que dicir, dende logo se se perderon catro anos en estudos para conectar polígonos, para conectar centros urbanos, e para pasar dun formato de vía de alta capacidade a autovía, pois eu dende logo teño que dicir que eses estudos para o conxunto da cidadanía do Baixo Miño e para o futuro, van a traer como resultado eu creo que unha mellora considerable desta infraestrutura. Agora, posiblemente, onde non estamos de acordo vostede e eu, e me pregunta se eu creo que isto se pode facer no 2012, eu creo que o que non se pode facer é estar un ano exactamente, dende que foron as eleccións autonómicas, sen facer nada, e iso é o que pasou, porque non lle estou pedindo que doten ou consignen, estoulle pedindo que liciten, que poñan en funcionamento e que inicien obras que xa estaban consignadas polo bipartito no último orzamento que aprobou. Nada máis. Sr. Presidente.- Si, Sr. Fernández Portela. Sr. Fernández Portela.- Só para rematar dúas cousas, unha, vostede acaba de dicir, catro anos en estudo, en estudo catro anos, e pon prazos, para rematar as obras que están empezando agora, o 2011 e o 2012, é dicir, que cos estudos pódense investir catro anos e en executar a obra dous anos. Home, realmente é sorprendente, pero bueno, ó mellor fanse milagros. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Fernández Portela. Bueno, a verdade é que, primeiro é unha infraestrutura vital, evidentemente, para esta importante comarca da provincia de Pontevedra, polo tanto, eu creo que o que se está aplicando, como ben dicía o Sr. Fernández Portela, é o sentido común. Esperemos que as obras vaian a bo ritmo e que se poidan rematar nun prazo razoable, pero prazo razoable será o que permita executar unha obra desta envergadura. Por iso vamos a proceder á votación do punto número 12, que era a moción do Grupo Socialista sobre a autovía entre Tui e Goián e a súa continuación como autovía de alta capacidade e a variante da Guarda. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial Socialista sobre a autovía entre Tui e Goián, a súa continuación como vía de alta capacidade ata A Guarda e a variante de A Guarda. 13.5937.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA SOBRE O PLAN DE EMPREGO DOS CONCELLOS Sr. Presidente.- Punto número 13. Moción do Grupo Provincial Socialista sobre o Plan de Emprego dos concellos. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Bos días. Vamos a ver, no orzamento deste ano o grupo de goberno da Deputación reduciu o plan de emprego da Deputación en 3.000.000 de euros. O que plantexamos nesta moción é algo bastante simple, é dicir, dada a situación económica na que se atopan todos os concellos e a mesma Deputación, e dado o crecemento do índice de paro na provincia, que loxicamente no último ano acrecentouse máis, e aínda entendendo que a Deputación non ten competencias en materia de emprego pero si que pode axudar, e que consideramos que neste tema polo menos axudaría a que non se destruíra tanto emprego, o que plantexamos é que se recuperen eses 3.000.000 de euros, que se reduciron do plan de emprego, mediante un expediente de modificación de crédito para este ano. Nada máis. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, moi concreta a contestación, vamos a ver, vostedes saben que nós puxemos en marcha un plan de reactivación económica por un importe de 70 millóns de euros, e creo que, que bueno, esa foi un pouco a transformación. Pensábamos que era mellor un proxecto moito máis amplo, un proxecto moito máis ambicioso, e polo tanto estamos destinando como un obxectivo fundamental dentro dese plan de reactivación, 70 millóns de euros, que para xerar emprego, como un obxectivo prioritario, á parte evidentemente de ir cubrindo as demandas que se poidan plantexar. Polo tanto, eu creo que contra 3, 70 millóns, é dicir, nos parece que bueno, que ese é o obxectivo fundamental, xerar emprego, e polo tanto nós vamos a votar en contra, non de xerar emprego, que o estamos facendo, e que xa temos ese plan de 70 millóns, pero estábamos falando de 3 e agora falamos de 70 millóns de euros. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Cando houbo o debate dos orzamentos xa o fixemos, xa o resaltamos, non, e xa o dixemos, e polo tanto vamos a manter a mesma postura. Home, é verdade o que di o Sr. Figueroa, pero é que hai aquí, hai un acordo de non recortar o gasto social, en todo caso incrementalo, creo que máis gasto social que ese. Entón, abrir outro sitio onde cortar, e polo tanto, xa no orzamento o fixemos notar, vamos votar a favor da, o investimento para mover a economía é outra cousa e o gasto social é outra. Aquí a proposta súa, súa do Grupo Popular, houbo un acordo de que non se ía a recortar, en todo caso incrementar o gasto social, creo que estamos ante un caso claro dun recorte drástico do gasto social. Eses son os feitos e así o fixemos notar no orzamento e polo tanto vamos a manter a mesma postura e vamos a votar a favor da moción que se presenta. Moitas grazas. Sr. Presidente.- D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Unha cousa é o que vostede lle acaba de chamar plan de reactivación económica, que cando queira discutimos do tema, cando queira ademais, e outra cousa é o plan de emprego provincial que se viña facendo nos últimos anos, onde se contrataban unha serie de persoas do paro, onde os concellos aportaban o 25%, e volvo a repetir, contratábanse parados, e era para facer obras nos concellos e servizos nos concellos, ese persoal. Ben, é algo totalmente diferente ó que vostede denominou plan de reactivación económica, algo absolutamente diferente, vostedes o saben, é dicir, vostedes saben que dada a situación actual dos concellos, ademais diso, moitos concellos estaban ou a maior parte dos concellos da provincia, estaban esperando a esas contratacións porque eles non poden neste ano cubrir cos seus cartos ese apartado, e facíano deste xeito, cousa que non se pode conseguir co que vostede chama plan de reactivación económica. E por outro lado, é a contratación directa de parados en cada zona e en cada municipio, cousa que non se fai co plan de reactivación tal como lle chamaba vostede. Polo tanto, nós seguimos insistindo en que manteñan eses 3 millóns de euros e é máis, e é máis, hai salidas, home, me vai dicir que sempre é a mesma, pero hai unha salida, e ademais casaría as dúas cuestións, é dicir, o plantexamento voso, o que fai vostede hai un momento e o que lle estou facendo aquí. Mire, na libre disposición do Presidente hai unha cantidade importantísima, non lle vou a dicir cal é, dedíquena directamente, eses 3 millóns de euros, ó plan de emprego da Deputación, é facilísimo, ¡eh!, é facilísimo, estamos falando dentro dos mesmos 70 millóns de euros, non estamos falando dunha cantidade nova. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Eu creo que vostede mesmo Sr. González acaba de darme o argumento, é dicir, di que esas contratacións eran para facer obras onde decidiran os concellos, o plan de reactivación económica, tamén os concellos toman a decisión de onde fan esas obras. Polo tanto, nós, mire, non estamos dispostos a sacar nin un só euro deses 70 millóns de euros, non temos ningún problema, seguramente podemos falar cos servizos económicos e se hai máis diñeiro, pero dentro dese plan de reactivación económica, non creo que sexa obxecto fundamental do tema, que se fixo a reactivación económica era xerar emprego, igual que o fixeron vostedes, que o defenden, co plan E, é dicir, polo tanto nós, mire, sempre fomos coidadosos de non falar de número de empregados con este plan de reactivación, pero vostede pode facer números, se hai algún alcalde que di que con 30 millóns de euros de inversión contratou a 7.000 persoas, que eu o dubido, non sei se é certo ou se é mentira, pero din, hai un alcalde de vostedes que di que con 30 millóns de euros contratou a 6.000-7.000 persoas, pois faga números, faga números, faga números vostede, vostede só, eu digo que faga números cos argumentos que dá algún dos alcaldes do seu partido. Nada máis. Nós nunca dixemos cantos empregos ía a xerar, porque é complexo, é moi complexo dicilo, nunca o fixemos, pero vostede faga esa regra de tres, se con 30 millóns de euros algún alcalde, algún alcalde xerou entre 6.000 e 7.000 empregos, é o que di nos medios de comunicación, pois vostede faga números, é dicir, é moi fácil, é unha regra de tres simple, eu creo que pode vostede facela. Eu creo que ese é o obxectivo, xerar emprego con ese plan de reactivación económica, por iso nós entendemos que é un proxecto moito máis amplo, moito máis ambicioso, e vostede sabe tamén, tamén, o sabe perfectamente, é dicir, que ó final os concellos, bueno pois a xeración da contratación dese persoal ás veces xera pois moitas dificultades, é dicir, porque as xera, é dicir, saben vostedes que é complexo, e por iso nós pensamos que é mellor destinar os 70 millóns incluída aí esa partida, que facer unha partida específica, é unha cuestión puramente técnica tamén, nós puidemos deixar dos 70 millóns, 3 millóns, é dicir, bueno, pois aquí contratamos persoal e obras pequenas, se fan con contratacións desas asistencias técnicas por parte dos concellos. Eu creo que o noso obxectivo se cumpre e o que vostede nos está dicindo nós seguimos cumprindo, e polo tanto eu creo que non ten ningún sentido volver a retomar esa cuestión. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Mire, Sr. Figueroa, se vostede ten que discutir con algún alcalde do PSOE sobre o número de empregos que se mantiveron, ou de xornadas de traballo que se fixeron con cargo ó Plan E ou con cargo a 30 millóns de euros, fágao, fágao vostede, nese concello, tan sencillo coma iso, fágao vostede nese concello. Sr. Figueroa Vila.- É que non quero discutir iso, só quero facer un regra de tres. Sr. González Iglesias.- É algo, é algo, é algo, Sr. Figueroa, que vostede comprenderá que eu non vou a traer aquí a discutir os problemas do concello onde está vostede, é tan claro como iso, nós o que lle estamos plantexando aquí, Sr. Figueroa, é, mire, deses 70 millóns de euros, 14 millóns son de libre disposición do Presidente, 14 millóns dos 70, non, ben, pois miren, dediquen 3 deses 14 millóns de euros a reactivar o plan de emprego da Deputación, dediquen eses 3 millóns de euros para que coa aportación dos concellos, os concellos poidan, ou a Deputación poida contratar xente para que traballe directamente neses concellos, xente que vai a proceder, que vai a proceder dos concellos demandantes, e xente que vai a servir para facer cousas de mantemento, de limpeza, etc., etc., nos concellos, que este ano dada a situación de crisis e a rebaixa dos seus ingresos non lle poden facer fronte, é dicir, estamos falando de dúas cousas totalmente diferentes. Eu non estaba debatendo aquí para nada o seu plan de reactivación, xa lle dixen en dous ou tres plenos anteriores, que ese plan de reactivación empezou a funcionar o 21 de decembro deste ano nesta casa, perdón do ano pasado nesta casa, é dicir, seis meses despois de aprobarse, se saltaron vostedes a época máis, a peor época económica, si, que foron os últimos seis meses do ano pasado, e os saltaron vostedes, pero volvo a repetir, non estamos discutindo ese tema, simplemente lle estamos dicindo, mire, tiñan un plan de emprego na Deputación, reactíveno, poñan eses mesmos 3 millóns de euros nel. Sr. Figueroa Vila.- Eu non lle discutía a ningún alcalde, só lle estaba dando un argumento para dicirlle que aplícase unha regra de tres nada máis, é dicir, para que vexa que se hai un alcalde que di que con 30 millóns de euros xeraron entre 6.000 e 7.000 empregos, pois quere dicir que o plan de reactivación económica da Deputación, se estamos falando de 70 millóns, pois empregaría, por esa regra de tres, pois unhas 12.000-14.000 persoas, estamos falando dun plan dos máis importantes nunca levado a cabo por esta casa. Polo tanto, se 30 millóns son 7.000 empregos, 70, pois estamos en torno ós 15.000, que esta casa xere nun plan de reactivación económica 15.000 empregos, eu creo que nunca na historia se puido levar a cabo, polo tanto fago unha regra de tres, non estou mencionando a ningún alcalde, eu só teño recortes de prensa, recortes de prensa, que hai algún alcalde socialista que di que con 30 millóns empregou a 7.000 persoas, pois eu lle digo que con 70 estamos do entorno, por unha regra de tres simple, 15.000 empregos xerados, e eu digo que ese plan de reactivación económica, que é de 70 millóns, pola regra de tres que aplica un alcalde socialista, está dando emprego a 15.000 persoas, eu creo que iso non existía ata agora, é un novo proxecto, é dicir, a Deputación pon en marcha un proxecto que emprega a 15.000 persoas. Sr. Presidente.- Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver Sr. Figueroa, a verdade é que vostede é un especialista, é especialista en desviar os debates. Claro, é especialista, é dicir, non estamos falando, non estamos falando, lle vou a entrar no tema agora, pero non estamos falando deste tema, pero lle vou a entrar nel, ó final volverei á proposta. Mire, Sr. Figueroa, nin plan de reactivación económica provincial nin historias, sexamos serios, é dicir, aquí o que se fixo foi coller as inversións, o capítulo de inversións de tres anos da Deputación, e en teoría, en teoría era adiantalo ó primeiro ano, resulta que o primeiro ano, que foi o pasado, vostedes foron incapaces de adxudicar unha sola obra, unha, nese primeiro ano, polo tanto absoluto fracaso no primeiro ano. E no segundo, xa está, xa se enterou, e no segundo, Sr. Figueroa, están a correr, por certo, por certo que case todas as obras van polo procedemento dunha licitación, dun negociado sen publicidade, case todas, case todas. Non, dígoo por aquilo, vostede recorda aquilo de que ían a abrir a licitación a todas as empresas da provincia, e lle dicíamos que era moi difícil, claro, se o fan por ese procedemento que están utilizando agora mesmo dificilmente se abre a todas as empresas da provincia. Ollo, para nada lle estou dicindo que sexa ilegal nin historias, é perfectamente legal e están dentro do seu dereito a facelo, coidado, unha cousa non ten nada que ver coa outra, pero, volvo a repetir, dificilmente se abre a licitación a todas as empresas da provincia, moi difícil. Sr. Figueroa, como lle dicía antes volvo ó principio, volvo ó principio da proposta, e o principio da proposta é emprego directo, contratación dende a Deputación, aportación dos concellos, co cal facemos un efecto multiplicador, viñérono facendo durante os últimos anos, sabe vostede igual que eu que os seus alcaldes e todos os alcaldes llo están demandando, e fundamentalmente neste ano, que ó baixar os ingresos dos concellos se producen dificultades para facer traballos de mantemento dentro dos concellos e esa sería unha posible solución. Esa é a proposta, se vostedes queren votar en contra non hai ningún inconveniente, teñen maioría e van a levar o acordo adiante. Sr. Figueroa Vila.- Mire, vamos a ver, os procedementos que se están establecendo de contratación van en base ás obras que presentan os concellos, vostedes presentan, vostede por exemplo no seu concello presenta algúns proxectos que teñen outro procedemento totalmente distinto e a máis longo prazo, é dicir, bueno, pois polo tanto nós aí non tomamos a decisión, a toman os propios concellos. Mire, nós o que non estamos dispostos é a reducir deses 70 millóns de euros nin unha soa peseta porque consideramos que é unha maneira de xerar emprego máis estable e que incluso pode ter, pois, un emprego, pois moitas obras, son obras que xeran emprego a medio e a longo prazo, e a nós nos parece que hai que seguir potenciando iso. Pero en calquera caso, mire, tampouco estamos en contra de que se vostedes, evidentemente vamos a mirar se temos ese diñeiro, é dicir, a maiores, nós non pensamos retirar absolutamente nin unha soa partida de ningunha cantidade, eu o único que lle podo dicir é que nos deixen mirar se hai partidas onde poidamos sacar eses 3 millóns ou acudir a unha operación máis, e se hai que facelo, bueno, pois llo trasladaremos a vostedes, é dicir, déixenos polo menos, nós vamos a estudalo, me parecería pouco riguroso agora dicirlle que vamos a sacar, temos que ver onde temos o diñeiro, porque nós non pensamos sacar nin unha soa partida que sexa loxicamente prioritaria para esta, para este goberno e para esta corporación, porque nos parece que hai un presuposto, hai deseñado un presuposto e hai un escenario, nós o único que lle aceptamos, se nos acepta como emenda, que estudaremos a súa proposta e que nós en cuestión de, despois de semana santa lle damos unha contestación. Sr. Presidente.- Si, D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Nin sequera emenda, Sr. Figueroa, nin sequera emenda, é dicir, a nós nos vale co compromiso que está plantexando aquí, e agora mesmo lle pedimos ó Presidente que a deixe sobre a mesa e que a volva a traer no próximo Pleno onde vostedes xa tiveron tempo de mirar … Sr. Figueroa Vila.- … Estaríamos falando dun mes, lle vamos a dar contestación ós Voceiros, eu creo que con ese acordo subscrito nos valería. Sr. González Iglesias.- Perfecto, entón deixámola sobre a Mesa. Sr. Presidente.- Si, non, e máis a situación está máis grave, no punto de vista de situación de desemprego, que hai un ano, polo tanto este plan naceu cun bo fin, eu aí coincido co planteamento que vostede fai, en que os alcaldes todos dixeron que nacera para un bo fin cando se puxo en marcha por parte deste grupo de goberno, e polo tanto, bueno, pois é certo que o plan de reactivación económica vai traer consigo mover ese número de desempregados, pero se a maiores que isto se está facendo unha boa labor para cuestións puntuais de mantemento nos concellos, pois buscaremos neste caso ó responsable económico desta casa, a viabilidade de encontrar esa financiación necesaria para poñelo en marcha. Polo tanto, queda pendente, pero xa con acordo previo, xa, de todos os grupos, tamén do Bloque Nacionalista Galego, para que se poña en marcha, comunicando á Xunta de Portavoces a posta en marcha, tal ademais como comentou neste caso o Portavoz do Grupo Socialista, nas mesmas características que se fixo da outra vez, coa implicación tamén dunha pequena aportación dos concellos. Queda sobre a mesa a Moción do Grupo Provincial Socialista sobre o Plan de Emprego dos Concellos e dáse traslado á Xunta de Portavoces para a súa posta en marcha. 14.5938.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Si, en primer lugar dar cuenta de los extractos de Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 23 de febrero y el 22 de marzo; asimismo una Resolución Presidencial delegando las atribuciones de la Presidencia, durante los días 19 al 24 de marzo, en el Sr. Vicepresidente Sr. Figueroa; y un acuse de recibo del Ministerio de la Presidencia en relación con el acuerdo que se le mandó de adhesión al manifiesto “Galiza ten dereito”. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 23 de febreiro e o 22 de marzo do ano 2010 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 18 de marzo de 2010, delegando as atribucións da Presidencia durante os días 19 a 24 de marzo, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. C) De acuse de recibo do Ministerio da Presidencia, de certificación do acordo do Pleno de data 26 de febreiro de 2010, referido á adhesión ó manifesto “Galiza ten dereito”, e da súa remisión ó Gabinete Técnico da Subsecretaría do Ministerio de Economía e Facenda. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.5939.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA EN RELACIÓN COA CREACIÓN DUNHA LIÑA DE AXUDA ÓS CONCELLOS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Bueno, ¿mocións hai?. Bueno, fóra da orde do día antes. Moción do Grupo Socialista en relación a que a Deputación adique a reserva de fondos do plan de investimentos de libre disposición para a crear unha liña de axuda ós concellos que teñen problemas de liquidez na súa tesourería. Se quere, pasámola a Comisión ou é para debater aquí. Para a Comisión correspondente. O Pleno acorda que pase á Comisión Informativa correspondente a Moción do Grupo Provincial Socialista en relación coa creación dunha liña de axuda ós concellos. 16.5940.- MOCIÓN CONXUNTA SOBRE A POSTA EN MARCHA DUN SERVIZO CONCERTADO DE RECOLLIDA DE AUTOMÓBILES ABANDONADOS PARA OS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES Sr. Presidente.- E, Moción de posta en marcha dun servizo concertado de recollida de automóbiles abandonados para os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra. Isto, aparentemente hai un acordo de todos os grupos, ¿non?, hai un acordo en relación a isto de todos os grupos. D. Carlos Silva. Sr. Silva Mariño.- Esta é unha moción que se presenta para resolver a posta en marcha dun servizo por parte da Deputación de Pontevedra para resolver a grave problemática que teñen os concellos en canto á cantidade, que cada día é maior, de coches abandonados que hai tanto nas vías públicas como nos montes. E por aí vai o tema da urxencia. Sr. Presidente.- Si, bueno, isto fora, nacera a proposta dunha petición que nos fixera o Bloque Nacionalista Galego no seu día. Sr. Silva Mariño.- Hai que tratar a urxencia para tratar a moción. Sr. Presidente.- Pero vamos, non hai, eu creo que todos estamos de acordo e polo tanto non hai maior problema en ir directamente ó asunto de fondo, que vai ter un custe. Sr. Silva Mariño.- Vamos a ver, a posta en marcha deste servizo vai a ter un custe aproximadamente en torno ós 40.000 euros anuais e o que se vai a facer é a creación dunha oficina, un teléfono único e un servizo onde calquera concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes pode ter asesoramento, porque hai unha parte que é a parte administrativa, que é un proceso bastante engorroso que hai que levar a cabo para declarar un vehículo abandonado, iso non o pode facer a Deputación, ten que facelo o propio concello, pero si o que se fai dende ese empresa que sexa a que leve o servizo é darlle asesoramento, cada vez que un concello pida asesoralo nos trámites que ten que facer, e unha vez que o expediente está terminado, chama a ese teléfono e esa empresa retira o automóbil, o vehículo, e o leva a un centro de tratamento autorizado, sen custe ningún para o concello, evidentemente. E un pouco iso sería o acordo a tomar, que a Deputación de Pontevedra pois pon en marcha un servizo para a retirada de vehículos abandonados nos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. Dito sexa de paso, tamén me gustaría deixalo claro, claro, que bueno, que esta é unha iniciativa que partiu do Bloque provincial, do Bloque Nacionalista que subscribimos totalmente. Sr. Presidente.- Ou sexa, dirixido á retirada deses vehículos abandonados en 60 concellos da provincia de Pontevedra e que asume neste caso esa xestión a Deputación de Pontevedra. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Alégrome de que ó final por unha vía ou por outra isto saíra adiante. Agora, de todas maneiras, a ver, eu non sei onde está o diagnóstico do problema, porque aí empeza dicindo que na provincia de Pontevedra abandónanse uns 300 vehículos ano, home, no concello de Pontevedra ás veces recollemos 200, só no concello de Pontevedra cada ano. O problema é moitísimo, moitísimo maior que isto, ogallá foran só 300, porque contando Pontevedra e Vigo ó final quedaban en 50 ou así fóra, e non é certo. Pero bueno, a ver se se pode votar a andar canto antes, e bueno vamos a ver o éxito que ten nos concellos que se adhiran, non sei se haberá un mecanismo de adhesión dos concellos ó mecanismo, ou iso si que non … Sr. Presidente.- Habería que establecer un modelo de acordo para que os concellos se adheriran, mandarlle a todos os concellos unha proposta de acordo para a adhesión a este servizo. Ben, entón coa aprobación de … D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- A ver. Dicir que simplemente estamos na posta en marcha do servizo, a partir de aí agora hai que desenrolalo todo, o acordo de todos é a posta en marcha, a partir de aí xa veremos cal é a fórmula. Sr. Presidente.- Polo tanto se acorda por todos os grupos a posta en marcha do mesmo con esa comunicación que se lle vai mandar ós concellos de adhesión a ese tema. Polo tanto votos a favor de todos os grupos para esta proposta, da urxencia e máis da proposta. O Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción conxunta dos tres grupos provinciais relativa á posta en marcha dun servizo concertado de recollida de automóbiles abandonados para os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra. Dita Moción é como segue: “EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1. Na provincia de Pontevedra abandónanse aproximadamente uns 300 vehículos ó ano. Pódense atopar residuos deste tipo tanto nas cidades máis poboadas coma nas zonas rurais, constituíndo potenciais xeradores de contaminación, unha vez que os líquidos que conteñen e o lamentable estado que moitos deles presentan contribúen a que se contaminen solos e acuíferos, o que se traduce en focos de insalubridade e impactos visuais moi negativos. 2. Tendo en conta que as cidades máis grandes, coma Vigo, xa contan cun servizo de recollida e tratamento destes residuos, de grande eficiencia na retirada e descontaminación dos mesmos, e que a xestión destes resíduos require de medios técnicos, administrativos e económicos que a meirande parte dos concellos con poboacións inferiores ós 50.000 habitantes non se poden permitir, é frecuente que durante anos se acumulen en montes, fincas e vías públicas, aumentando potencialmente os riscos anteriormente mencionados. 3. As actuacións dos concellos máis pequenos diríxense, polo común, á localización do propietario e á execución da sanción pertinente, forzando así a retirada voluntaria do vehículo. Estas actuacións son, na maioría dos casos, tediosas e mesmo infrutuosas, posto que ás veces, ou non se consigue localizar ó propietario ou, cando se consigue, este non se presta a colaborar coa administración local. 4. Por estes motivos, o propósito deste proxecto é a creación dun servizo telefónico e loxístico único, centralizado, que colabore de xeito directo coas administracións locais dos concellos de poboación inferior ós 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra, para que poidan estar informados dos trámites e requisitos administrativos necesarios para a retirada dos automóbiles abandonados que se atopen no seu termo municipal, ademais de contar cun servizo de recollida e xestión dos mesmos. 5. Este servizo poríase en funcionamento coa fin de que o proceso de retirada destes vehículos fora moito máis eficaz e sinxelo para as entidades locais. ACORDO: Por en marcha un servizo concertado de recollida de automóbiles abandonados para os concellos da provincia de poboación inferior a 50.000 habitantes.” 17.5941.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Eu en concreto quería facer un par de preguntas. A primeira é, que nestes momentos está en tramitación o Plan de Ordenación do Litoral e o informe desta casa, desta casa, o informe da Deputación igual que o dos concellos, o problema digamos que, agardemos que aínda se poida resolver, creado por este Plan é, cremos que moi preocupante, por cualificalo dunha maneira moi suave, así, unha estimación, que había que afinar, pero que rolda desa orde, anda nas 18.000 vivendas construídas afectadas polo Plan, non xa os solares futuros, senón vivendas construídas, e máis de 350 naves, hoteis ou centros de actividade económica, comercial ou o que sexa, creo que son unhas cifras altamente preocupantes e a pregunta é se esta Deputación, ¿que pensa facer?, porque na comisión o outro día preguntouse e non houbo resposta, que se estaba estudando, que, bueno, porque ampliaron o prazo, senón xa este era o último Pleno no que se podía facer algo. E entón era preguntar ¿que é o que pensa facer a Deputación?, se é que pensa, se nos vai a facilitar información ós Deputados, se vamos analizalo en conxunto ou como, ou, ¿que pensa facer?. E a segunda, a segunda pregunta é, en fin, vostedes son tan partidarios de estar sempre, parece que nós somos responsables do que fixo non sei quen na Xunta ou noutro concello e demais, e, vamos a falar de aquí, aínda que sexa en comparación con outras cousas. Mire, nós temos toda unha serie de preguntas ou solicitudes de información concreta e determinada, que están sen responder, por exemplo, si hai varias, ou tardan anos en responderse, como ¿quen se contratou nunha época?, ou sexa con tal plan, ou o expediente das depuradoras, ou dunha estrada, ou do que sexa, pero cousas moi concretiñas, e non se contestan ou se contestan con moita dificultade, concretiñas e nada de …, e estamos así coa sorpresa de que no concello do lado, o seu grupo, nos pide que se expida copia de todas as nóminas que se aboan, e, por outro lado pide, agora, última novidade, que pide que todos os números de teléfono que teñen as persoas que dependen do concello, ou que teñen teléfono do concello, eu particularmente non teño o seu móbil, supoño que non lle gustaría que o seu móbil circulara por todos os lados, e moito menos cando hai móbiles internos da policía, bombeiros ou o que sexa, que substituíron ós mancontros, etc., aqueles mancontros. Bueno, pois estas son as peticións que temos alí. Home, nós iso comparámolo con isto da TIA, TIA era técnico de investigación aeroterráquea, no que había, que era, os axentes máis destacados eran Mortadelo e Filemón, por certo Mortadelo foi o primeiro que tivo aquel zapatófano, ou sexa, era o primeiro móbil da historia, aquel zapatófano, ¿verdade?, e agora piden, ou sexa, por que, a ver, quero aclarar, canto custan os móbiles, ¿sábeno?, teñen toda a documentación, aquí seguramente tolearíamos para atopala, non piden iso, o que piden é número que ten cada quen de móbil. Claro, eu isto non sei se vostede como Presidente Provincial, primeiro que faría se lle fixéramos unha pregunta así, e segundo, se isto segue así xa se converte naquel Superintendente Vicente, claro, como é o Presidente Provincial de Mortadelo Telmo e Filemón é Jacobo, que andan investigando as nóminas, e queren saber, ou sexa, queren saber se un ten unha retención xudicial, os cartos que cobra cada un sábeno, incluído horas extras, todo, iso téñeno todo, non, non, queren a nómina, queren mirar a nómina, outra copia, e agora queren, non cantos teléfonos hai ou o que se gasta, que iso tamén o teñen, senón que número ten cada quen. Non sei cal será o fin, se cadra chamalo ás catro da mañá ou chamar á Policía, non sei cal pode ser tamaño fin. Entón eu o que lle quería preguntar é, primeiro, se a vostede, lle fixéramos algo así, ¿que faría?, non; e segundo, este culebrón co que nos deleitan os seus subordinados dentro do PP provincial, se se vai converter ou o vai converter vostede no Superintendente Vicente, porque dende logo é que non hai outra cousa. Aquí para dar a información que calquera concelleiro en Pontevedra vai e colle sen máis, mire, relación tal, vai e cóllea sen máis, temos que sudar, como lle damos toda, entón agora pídennos o número de móbil de cada quen, Policía, non sei que, todos, e á parte as nóminas de todos e cada un, do que cobran do concello, co seu desglose, número de conta, retención, retención xudicial se hai, se hai pensións alimenticias, etc., etc., saben o que cobra cada un, 30.000 euros máis tanto de extra, iso sábeno, pois pídeno, aquí está, no mes de xaneiro de 2010, que piden as nóminas actualizadas, “identificación de liñas e números de telefonía móbil, identificando o usuario que ten asinada cada liña”, non piden os cartos. Eu, de verdade que é así moi, en fin, moi simpático, pero poñamos cordura nisto, nesta casa demos a información que hai que dar e respectar ó secreto, e se vostede pode facer algo dígalle como Presidente ou como intendente, como superintendente Vicente, dígalle que, en fin que tal. Nós vámosllo a dar, baixo a súa responsabilidade, se é que a Axencia de protección de datos nos di que hai que dalo, nós non temos ningún problema en dalo. Evidentemente transparencia absoluta, pero dígalle se poden conterse nesta ansia investigadora, é verdade, son Mortadelo y Filemón, que pode ter consecuencias legais, porque evidentemente nós pedirémola aquí tamén, ou non, depende porque temos un pouquiño máis de, un pouquiño máis de escrúpulos. E a terceira cuestión, Sr. Presidente, era que nas comisións sería ben que non nos mintan. O outro día preguntamos expresamente se dos catorce millóns, dos catorce millóns que se reserva do Plan anticrise para libre disposición do Presidente, se se tiña gastado algo ou non, e contestóusenos expresamente que non, con moito convencemento. E despois nas Resolucións Presidenciais aparecen cando menos tres que xa si, Arbo, 200.000 euros; Sanxenxo, 426, humanización de non sei que; e Moraña, 371.000, saneamento dos lugares e non sei que. Sr. Presidente.- Ningún deses tres. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pois entón a Resolución está mal, pois hai que corrixir a Resolución, hai que corrixila. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Só, si hai, fíxese ben, que eu recorde hai un concello, que ademais é da súa cor política, o único que hai gastado nese apartado, que é un acordo para a construción do campo de fútbol de Salceda de Caselas, da parte proporcional, que nós poñemos unha parte, acordo ó que cheguei co concello, e o concello pon outra, é o único que hai, que eu saiba, neste momento. Polo tanto, aí alguén, que eu recorde, en memoria ando bastante ben, e que eu recorde esas son das normais, porque en Sanxenxo creo que ten unha única obra que está en concurso público, que eu recorde, me parece que é esa, que acaba de dicir, e Moraña creo que non ten tampouco, está aquí o alcalde, polo tanto xa digo, será en todo caso un erro administrativo, porque entendemos que primeiro ademais haberá que sacar ou ir paulatinamente sacando todo o que hai de expedientes anteriores. Vamos a ver, D. Gabriel Martínez. O do POL, xa lle dixemos, estamos vendo iso. Non, e miraremos no departamento. Adiante. Sr. Martínez Giráldez.- Ben, detectáronse varias irregularidades na execución dos programas europeos Deputrans e Rede Sanea, entón formulo as seguintes preguntas: primeira, ¿cantas depuradoras se instalaron cos programas Deputrans e Rede Sanea?. ¿Vaime contestar ou fágollas todas como …?. Sr. Presidente.- É que para iso teño que ter tanta memoria como ten de toneladas a pedra esa famosa, o penedo de 14.000 toneladas. Sr. Martínez Giráldez.- Como presume de tanta memoria, home, eu que sei. Sr. Presidente.- Non, teño memoria, e, case, para ser infalible prefiro contestarlle con máis precisión, porque teño moita memoria. Sr. Martínez Giráldez.- Mire, pero non vaia a ser que esa precisión tarde un ano ou dos anos en contestarme, ¿non?. Sr. Presidente.- Pero non creo que escapara ningunha, pode ser que estea, depende do sitio, pero nada máis. Sei que vostede está mirando con moita atención iso pero pode estar tranquilo, que as depuradoras, algunha funcionará mellor, outra non tan ben como quixéramos, pero están a ello. Sr. Martínez Giráldez.- Pódolle asegurar que algunhas escaparon. Sr. Presidente.- ¿Escaparon?. Non, non, pero non levamos, están no seu sitio, no sitio adecuado para facer a súa función. Sr. Martínez Giráldez.- Algunhas escaparon Sr. Louzán. Dígollo con coñecemento de causa. Sr. Presidente.- Son malas de levar, pesan bastante. Sr. Martínez Giráldez.- Algunhas escaparon. Bueno, seguimos entón. Dúas, ¿en que concellos se instalaron as depuradoras do programa Deputrans?. Tres, ¿en que concellos se instalaron as depuradoras do programa Rede Sanea?. Catro, os modelos de depuradoras SACET, tipo STP 25, ¿en que lugar as instalaron?. Cinco, o modelo de depuradora FAX, Tipo STP 50, ¿en que lugar as instalaron?. Seis, os programas Deputrans presentáronse para solucionar os problemas dos vertidos na conca do Miño, ¿a que se debe o cambio de ubicación para a conca do Umia?. Sete, no ano 2004 o Presidente da Deputación anunciou a instalación das depuradoras, entre outros concellos, de Salceda de Caselas, Porriño, Gondomar e Tomiño, ¿por que non se instalaron nestes concellos?, ¿tivo algo que ver o resultado das eleccións municipais do 2007?. Oito, ¿que relación teñen coa conca do Miño os concellos de Ribadumia, Bueu-Ons, Vila de Cruces e Meis?. Nove, a Deputación e o concello de Ponteareas no ano 2008 anunciaron a instalación de dúas depuradoras do programa Deputrans nas parroquias de Prado e Bugarín, a data de hoxe non funciona ningunha, ¿a que se debe?. Dez, o concello de Ponteareas e Deputación no 2006 levaron a cabo unhas obras de canalización na parroquia de Prado para a instalación da depuradora, ¿por que non se instalou?. Sr. Presidente.- Pois despois daremos resposta diso en relación … Bueno, hai algunha que xa me acorda recentemente, por exemplo no caso de Ponteareas, a de Bugarín a día de hoxe funciona, Prado probablemente ó mellor non se colocou, ¿por que non se colocou?, porque en principio evidentemente falta unha dotación anterior que non estaba prevista. E nalgún caso no que vostede me pregunta por que non se colocou a de Tomiño e todo o demais, pois vostede seguro que sabe ben por que non se colocou, porque a algún pode coñecelo vostede, tiven varias reunións aquí e dixeron que no río, por exemplo de Tui, que era nun río alí, pois que baixo ningún concepto se colocara, ou sexa, que prohibiron, un grupo, un colectivo importante de veciños, que se colocara, etc., ou sexa, todas teñen o seu razoamento, non é porque quixéramos colocala en ningún sitio en particular porque non é unha cuestión que a poida levar para calquera lado sen máis. E tamén que por imaxe, a de Bueu non está en ningunha conca das que vostede fala, evidentemente, pero creo que por cuestión de imaxe, xa que nadie o facía, que o fixera a Deputación pois me parece unha cuestión, sobre todo de estética, ante un parque natural, pois, que calquera visitante chegaba alí e vía como estaba vertendo xusto na entrada de calquera visitante, á Illa de Ons, pois que se colocara unha depuradora destas características creo que era o máis razoable, e por iso se colocou, por aplicar un pouco de sentido común. Sr. Martínez Giráldez.- Mire, Sr. Louzán, a min, non vou a negarlle a cuestión de estética que pode ter colocalo ou non en Ons, agora o programa era para unha cousa en concreto, vostede non me pode dicir a min, ¿entende?, e que por cuestión de estética, vostede ten outras liñas, ou a Deputación conta con orzamento para montar se considera oportuno unha depuradora en Ons ou onde sexa. Sr. Presidente.- Pero pediuse autorización. Sr. Martínez Giráldez.- A ver, eu deixeino falar. Sr. Presidente.- Si, termine. Sr. Martínez Giráldez.- Vostede, aquí se pediu un programa para unhas actuacións na conca do Miño, ¿si ou non?. Sr. Presidente.- Si. Sr. Martínez Giráldez.- Igual estou equivocado, igual eu teño pouca memoria, igual é ó contrario que vostede. Sr. Presidente.- Non, non, non. Sr. Martínez Giráldez.- Pero polo que lin e pola información que teño, ese programa era exclusivamente para a conca do Miño. Eu lle pregunto e fago unha relación de preguntas, ¿por que motivo vostedes cambiaron iso para a conca doutro río?. Sr. Presidente.- Se pediron autorizacións previas, se pediron autorizacións previas para os traslados, se autorizaron pola Unión Europea, e se puxeron onde nese momento había un problema medio ambiental importante. Aí na zona esa se cubriu a zona máis importante, as demandas máis importantes, cuestión que algunha tardou bastante en poñerse en funcionamento porque o custe de Fenosa era importante, de Fenosa ou da empresa eléctrica que fose de turno, iso segue sendo un problema aínda a día de hoxe, e polo tanto, bueno, pois tardou, moitos concellos tardaron bastante en resolver o problema da conexión eléctrica, do vertido. E vostede sabe ademais que houbo algunha en concreto, porque vostede coñece ben, o problema é que todo ó final ten cadea, ¿sabe?, como aquela obra que vostede denunciara en Salvaterra, sabe que tardamos dous ou tres anos en ter o permiso da Confederación Hidrográfica, ¿non?. Bueno, pois resulta que algunhas destas depuradoras, esa conca toda depende da Confederación Hidrográfica do Miño, e tardamos tamén algunhas dous anos, e algunha máis incluso. Polo tanto non hai, é a tramitación que nos levou, tivemos que colocar, porque o proxecto tiña un prazo, colocar as que había que colocar no tempo e tardaron en funcionar por falta de permisos e por falta de conexión eléctrica. Non hai máis cera que a que arde. Sr. Martínez Giráldez.- Bueno, mire, como lle fixen a pregunta por escrito eu espero que me conteste todo isto que me está dicindo agora, pois por escrito, e que me dea toda a información, e é máis, teño solicitado tamén dende o día 18 o acceso ó expediente, e que se me dea acceso a ese expediente para comprobar iso. ¿Vale?. Sr. Presidente.- Moi ben. Sr. Martínez Giráldez.- Outra pregunta. Quería que me dixera que criterios se sigue para nomear por parte da Deputación ós funcionarios para formar parte dos diferentes tribunais dos concellos da provincia. Sr. Presidente.- Iso lévao persoal, supoño, non sei. Sr. Martínez Giráldez.- ¿Cómo?. Sr. Presidente.- Que o levará o Servizo de Persoal. Sr. Martínez Giráldez.- ¿E por que sempre van esas mesmas persoas?. Eu con esta pregunta o que lle pido tamén como rogo, que se abra unha lista para que os funcionarios da Deputación se poidan apuntar para participar nesas probas selectivas e que sexan nomeados correlativamente, que sería o máis lóxico, non que sempre vaian esas mesmas persoas que vostedes nomean. Sr. Presidente.- Pois non teño, vamos non é a miña función saber quen van nin que non van. Polo tanto non sei nin quen van, pero bueno, non sei. Sr. Martínez Giráldez.- Outra pregunta. En relación a un recoñecemento extraxudicial de créditos, de obrigas, perdón, que xa lle preguntei fai un par de plenos, este foi o 30 de xuño de 2009, vostedes pagaron unha factura no Hotel Bahía de 9.630 euros, agora lle vou a dicir que ten mala memoria porque vostede comprometeuse a contestarme iso naqueles días e sigo esperando por esa contestación, ¿cal foi?, ¿onde se gastaron?, ¿en que se gastou os 9.630 euros no Hotel Bahía?. Sr. Presidente.- Si, pedira o Vicepresidente D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- … Permítame que si, porque está no expediente non hai ningún problema. Iso foi dun acto que se celebrou con todo o fútbol veterano da provincia, sabe vostede que hai dúas delegacións de fútbol veterano, norte e sur, que estamos falando dun colectivo de aproximadamente unhas 10.000 persoas entre os dous, cinco mil e pico, e foi un acto que se levou a cabo, que se celebrou, de entrega de premios, se lle regalou a cada xogador unha bolsa desas de deportes e se fixo un acto no Hotel Bahía, primeiro unha asemblea e despois un acto aberto, que eran, non sei agora a cifra de memoria, pero estou falando ó mellor de mil e pico persoas, estaba o salón totalmente a tope, e bueno, iso foi o que custou ese acto alí, é dicir, pero estamos falando dun colectivo que está dirixido aproximadamente a unhas 10.000 persoas, polo tanto, que nunca se fixo nada con eles, que foi un tema que se fixo dende deportes e bueno, foi o acto, a entrega de premios e houbo alí un pequeno, un viño e un aperitivo, é dicir, foi un, non sei se foi un venres ou un sábado pola noite, aproximadamente ás nove e media-dez da noite, polo tanto foi o que custou ese acto. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Martínez Giráldez.- Non ten nada que ver isto coa cea esa que se fai dos 60 equipos veteranos, pero onde cada xogador ou cada equipo ten que pagar 50 euros por asistir. Sr. Presidente.- Non, ese foi á parte, a este ademais asistín eu. Sr. Figueroa Vila.- … o fútbol veterano fai unha cea que pagan eles e á cal nos invitaron e estivemos tamén presentes algúns, é dicir, esa é unha cea anual que fan, pero este foi un acto onde se entregaron unhas, unhas, os botiquíns, se entregaron unhas camisetas ós árbitros, se entregou unha, unha bolsa a cada un dos participantes, e foi o tema do acto en si, non ten nada que ver coa gala anual que fan eles, que tamén nos invitan, pero aí cada un paga o seu, estes son dous temas totalmente distintos. Sr. Martínez Giráldez.- Vale, por último, por acordo da Xunta de Goberno de data 10 de febreiro de 2010, acordouse autorizar a unha funcionaria, Administrativa, adscrita ó Servizo de Cultura, para que se desprace en Comisión de Servizos a Madrid os días 17 e 18 de febreiro, para asistir á presentación da Bienal de Arte. E a pregunta é ¿cales eran as funcións desa funcionaria?. Sr. Presidente.- ¿Como é o nome da funcionaria?. Sr. Martínez Giráldez.- Non, eu non considero oportuno pois facer público aquí o nome da funcionaria, aparece aquí na acta, pero bueno, se vostede ve a acta da Xunta de Goberno de 10 de febreiro de 2010, aparece aí. Sr. Presidente.- Vale. Ben. ¿Máis?. Sr. Martínez Giráldez.- Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Vamos a ver, por arriba, D. Daniel Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Bos días. Simplemente e rapidamente, gustaríame escoitar do Presidente o seu compromiso respecto ó plan de dotación de céspede artificial cos campos de fútbol da provincia, en relación ó campo de fútbol de Vilaboa e en relación ó campo de fútbol de Laxes, de Beluso, se é tan amable. Sr. Presidente.- ¿Que necesitaba saber?. Sr. Rodas Chapela.- Non, quería saber o seu compromiso. Sr. Presidente.- Non, os compromisos nós estamos estudando todos os compromisos posibles. No caso de Vilaboa estivemos alí fai non moito tempo porque o tema está verde e esperamos, xa o falamos alí co alcalde, bueno co alcalde non, que non estaba, estaba o teniente alcalde, para ver como van avanzando as obras, pasaremos por alí dentro de pouco tempo e veremos a ver que se pode facer, e polo tanto bueno, e no caso de Beluso tamén, se están estudando eses casos. Sr. Rodas Chapela.- Iso é o que pensaba eu, que estaba verde a cousa. Que era o que pensaba eu, que estaba verde a cousa. O que pasa é que na visita, na visita de Vilaboa pois a, pois sobre todo o equipo directivo, pois creo que levou outra impresión, era un pouco para precisar a impresión unicamente. Sr. Presidente.- Impresión non poden ter outra porque estiven eu presente e mailo Deputado responsable desa área, e polo tanto, a impresión que teñen é que eu falo moi claro, estiven alí e o tema está como está, ou sexa, cando avance máis concretaremos, porque vostede sabe xa o que ten pasado, sabe o que ten pasado nalgunha ocasión e máis no seu municipio, que primeiro íamos nós, pasaron catro anos e despois non vamos, non vamos non porque nós non quixéramos. Sr. Rodas Chapela.- Non, porque nos coñecemos, a ver, a ver, a ver, … Sr. Presidente.- Que nos coñecemos seino eu ben. Sr. Rodas Chapela.- Porque nos coñecemos e entón xa … Sr. Presidente.- Si, eu, coñecémonos xa hai algúns anos, aínda que non fomos xuntos á escola. Sr. Rodas Chapela.- Quito a boa impresión de que a cousa aínda sigue verde. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Non, verde, non segue verde, a cousa está no sitio que ten que estar pola parte nosa, outra cousa é que as obras do concello non avanzaron o que tiñan que avanzar. D. José Antonio Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Si, bos días Sr. Presidente, outra vez. Teño tres preguntas. A primeira é: o ano pasado subscribiuse un convenio entre Citroën-Deputación e Caixanova para dotar ás entidades deportivas e asistenciais de vehículos para o transporte, e este ano, a pregunta e ¿se este ano vai a estar ese convenio outra vez en vigor?. Sr. Presidente.- Bueno, ese foi un convenio que nos levou a case 90 vehículos, o cal como comprenderán non está nada mal para, sobre todo asociacións de ámbito social, que foi algo que, un modelo que están copiando incluso outras administracións fóra de Pontevedra, porque creo que dou un resultado magnífico, primeiro contribuímos a que Citroën pois puxese en marcha unha operación de máis de catro millóns de euros, que 80 vehículos desta marca, 90 vehículos desta marca, perdón, estean rodando pola provincia de Pontevedra e incluso por fóra da provincia, e ó mesmo tempo pois terminar con ese calvario que tiñan as asociacións de pedirlle mil euros a unha empresa, dous mil á outra institución, dous mil a tal, e en vez de parecer un coche parecía case un carnaval, con todas as pegatinas por aí e tal. Creo que nese sentido o logro foi realmente importante. Hai que ver, creo que, tamén teño que dicilo, que se cumpriron todas as peticións que houbo do ano pasado, bueno, todas, senón foron todas case todas, porque houbo algún que primeiro dixo que quería inscribirse para ese plan e despois non puido poñer a parte que lle tocaba, non sei se queda algún caso pero son menos. Sr. Olmedo Granja.- Llo digo, porque parece pouco razoable que un proxecto, un programa que funciona ben, vostedes mesmos o recoñecen, que o ano pasado falaba vostede 80 e pico, efectivamente sobre máis de 120, polo tanto máis do 50% das solicitudes non foron atendidas e parece razoable que eu aquí lle pida que este ano active de novo o programa porque de 80 a 120 e pico de peticións quedan un montón. Entón, polo tanto eu creo que ese programa está ben, pero non se cumpriron obxectivos. E polo tanto, eu pido que dende aquí se estude a posibilidade de activar outra vez ese programa porque como efectivamente quedan un montón de centros asistenciais e deportivos que o ano pasado o solicitaron e non se lle deu, iso por unha banda, e se … Sr. Presidente.- Estudaremos eses, non quedan moitos, pero bueno. Sr. Olmedo Granja.- De acordo, e se fose positiva ou decidisen levar a cabo este programa, eu si que faría un rogo, e é que as solicitudes das asociacións viñesen acompañadas dunha declaración onde estas asociacións dixeran se pediron para o mesmo fin a outra entidade pública ou privada, axuda para a dotación de vehículos. Creo que me explico. Sr. Presidente.- Non, pero aínda que pediran, non teñen posibilidade ningunha, porque a compra quen a fai é a Deputación. Eles teñen que depositar aquí a cantidade que lle corresponde e polo tanto só poden aportar Caixanova, neste caso nós e mailo peticionario. Sr. Olmedo Granja.- O sentido era outro, o sentido é, que me parece, que debemos tratar de que haxa asociacións que non reciban dous coches nun ano e unha que non reciba ningún. Isto sucedeu o ano pasado, simplemente porque a esa asociación non se lle pediu unha declaración de se habían pedido a outra entidade para o mesmo fin o mesmo. Creo que me explico con claridade. Sr. Presidente.- ¡Ah!, bueno, pero non dende aquí, pero me gustaría saber que, home ten que ter moito movemento para que teña dúas, dous vehículos subvencionados, non sei. Sr. Olmedo Granja.- Dous vehículos nun ano, que non quero dicir, que ese sexa o número total de vehículos, hai asociacións que recibiron dous o ano pasado, un desta casa e outro por convenio con outras entidades. Sr. Presidente.- ¿Pero teñen moita actividade entón?. Sr. Olmedo Granja.- Bueno, eu creo que iso non é realmente o que aquí nos debe levar a … Sr. Presidente.- Non, me refiro a … non sei … Sr. Olmedo Granja.- Me refiro a que habitualmente vostede sabe que noutras liñas de subvencións, da Xunta, do Goberno Central, dos concellos, se fai unha declaración simplemente a título informativo para saber se para o mesmo fin pediron, xa, xa, algunha cantidade pública ou privada, porque é unha forma de cotexar a declaración. E a seguinte pregunta, se está falando aquí do proxecto Deputrans, a min o único que me gustaría saber é se a Deputación dá por rematado este proxecto, porque os obxectivos non se cumpriron, lle poño o meu concello como obxectivo, temos un convenio entre A Guarda e O Rosal, pero estamos saneando por concas, e a conca alta do Tamuxe é o concello de Oia, eu creo que debería ser conca do concello de Oia, O Rosal, e A Guarda depuradora, polo tanto aí hai unha parte que está sen activar, e iso eu creo que debe de ser un obxectivo primordial. Sr. Presidente.- Pero aplicando o sentido común, nalgúns tramos deses o problema é que senón se levou ata alí o tema da corrente, nin se levou tampouco a canalización da tubería necesaria, por moito que lle poñas a depuradora. Sr. Olmedo Granja.- Pero, a ver, esa é unha cuestión que eu xa obviamente participo, é dicir, o que non se pode plantexar é levar depuradoras do proxecto Deputrans a concellos, parroquias, onde previamente non se fixo ningún metro de colector, iso é algo obvio. E a terceira pregunta é, o outro día na Comisión, si que creo que dixeron, que había xa unha relación de campos de fútbol, unha relación de campos para este ano, ¿se se nos pode pasar unha relación?, para non ter que preguntar máis a onde van a ir ou a onde non van a ir, ou as previsións que haxa, se é posible, vamos. Sr. Presidente.- Non, pero de momento non a podemos dar aínda, porque é o que lle explicaba antes ó Sr. Rodas, que en principio nós contamos cunha previsión de ir a tal sitio, por exemplo ir á Moaña, a facer o campo de Moaña, e despois á última hora o concello di, non necesitamos a Deputación, entón xa se desmonta o tinglado. Ou a outra variante é, pois, a Deputación conta facer o campo de Vilaboa, pero, ti imaxínate que non cumpra neste caso o club e concello coas obras previas previstas ou coa participación da financiación que lle corresponde, entón xa non se pode facer, entón por moito que che deamos nós, vamos a ver, non hai aínda, se vai a ir cerrando, ademais ese plan creo que aportei a todos os grupos unha copia dos campos que fixemos, non houbo ningunha actuación, me refiro, que se fixera por interese político, senón que era perfectamente xustificada e se fixeron os estudos que se fixeron, e eran todas elas xustificadas, ou sexa que polo tanto, xa digo, ese plan vai ser un plan razoable como se fixo sempre para rematar eses quince que están en marcha. Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Bueno, gracias Sr. Presidente. Bos días a todos. Unhas preguntas moi concretas, esta é en relación cunha noticia que di o Faro de Vigo o 8 de marzo, onde di concretamente: “la Diputación de Pontevedra imprimió un informe para revelar que una veintena de ayuntamientos de la provincia se encuentran ahogados económicamente si bien no ha querido revelar cuáles, lo que si ha confirmado es que mantendrá una reunión con sus alcaldes para abordar soluciones a una situación que en algún caso rozaría la quiebra técnica”. A miña pregunta, o outro día nas comisións informativas o Sr. Crespo dicía que non existía ese informe, sen embargo noutro periódico o Sr. Crespo di: “señaló José Crespo que un estudio realizado por la Diputación se demuestra que 61 de los 63 ayuntamientos de la provincia está en una grave situación”. Eu non sei se hai informe, se hai estudo ou o que hai, é o que quero saber, se hai un estudo que se nos facilite. Sr. Presidente.- Non, vamos a ver, o que temos é o seguinte, alcaldes me chamaron co fin de que nalgúns casos non podían pagar nóminas e me piden que a través dos ingresos, supostamente que vamos a xestionar ou que estamos xestionando do ORAL, que lle fagamos un adianto, varios, non sei se son 20 ou son, non sei cantos son, pero, varios me chamaron para iso e tivemos que adiantarlle do que supostamente van a cobrar, xa teñen adiantado bastantes concellos cantidades importantes para facer pagos, nóminas e tamén de gasto corrente, iso si o fixemos. Sr. Otero Besada.- ¿Pódesenos facilitar que concellos son ou non?. Pregunta, se hai un informe ou un estudo ou algo, que se nos diga que … Sr. Presidente.- Non, o que pasa é que, non, pois eles fan a xestión con nós e bueno, se se lle pode se lle fai, eu creo que é normal, agora, home, intentamos non citar nomes, a min nalgún caso pódenme preguntar, para non crear tampouco ningún tipo de alarmismo sobre posibles provedores dese concello. Entón por iso o fixemos, o importante era neste caso resolver o problema e se fixo, nunha semana, dez días, practicamente se lle resolveu o problema. Sr. Otero Besada.- Outra pregunta, que tamén está feita por escrito, do compañeiro Emilio que tivo que marchar, está presentada por escrito. Voulle a pedir soamente cal é, cales foron os pasos, é en relación cun vial de Cachafeiro a Vilapouca, en Forcarei, que se fundiu unha ponte con motivo do sunami aquel, do mal tempo, e as preguntas, para non repetir a totalidade da pregunta que a teñen aí por escrito, é, ¿cales foron os pasos dados pola Deputación cando recibiron as noticias sobre o … afectado do vial Cachafeiro-Vilapouca?, ¿elaborou a Deputación algún informe técnico ou investigación sobre as causas do socavón no vial Cachafeiro-Vilapouca?, ¿quen asumirá prazos e orzamento do traballo de limpeza do río tralo derrube do vial e arrastre doutras construcións?, ¿cal é o orzamento real e prazo para a reparación do vial?, e ¿cando se realizará a transferencia do vial á Xunta de Galicia?. Isto é o que está presentado por escrito … Sr. Presidente.- No Consello da Xunta de onte se aprobou un importe de 150.000 euros para restituír todos os danos causados no que é a conca do río. Xa está unha empresa traballando nese tema. Segundo, estamos neste momento rematando o proxecto construtivo, que está xa con todos os datos técnicos tomados, e unha vez rematado o proxecto, xa está contactado co Conselleiro para que, vamos a firmar un convenio de colaboración dentro do que inclúa probablemente a transferencia xa desa estrada. Falta por decidir finalmente, se a actuación a vai acometer probablemente a Xunta de Galicia ou a Deputación de Pontevedra. Ou sexa que o tema, o trámite está en marcha así como tamén dalgunha maneira, colaboración sobre, a maiores do que se está facendo agora por parte da Xunta de Galicia, dos danos causados pola enchente e pola rotura desa estrada. Pois non habendo nada máis levántase a sesión, ten a palabra Dona Isaura que non a había pedido, pero pediuna agora. Sra. Abelairas Rodríguez.- Perdón, eu pensei que as preguntas como estaban aí pois que xa llas pasaran. As miñas desculpas. Non, vostede estáballe dando ó botón, tiña gañas de que eu falara, que eu o notaba. Sr. Presidente.- Non. Por favor. Sra. Abelairas Rodríguez.- O pasado día 13 a Deputación de Pontevedra organizou no recinto feiral de Vigo unha verbena. A celebración deste acto estivo precedida de publicidade na radio, coa emisión dunha cuña radiofónica anunciando a festa coa orquestra Panorama e a entrada gratuita. Cando estamos a falar de tantos millóns de parados, da mala situación económica nos concellos da provincia, que non poden pagar ós seus funcionarios, ambos temas moi recordados por vostedes, o Partido Popular, non parece moi adecuado que dende a institución provincial se adiquen recursos públicos para organizar verbenas por moita necesidade de diversión que teñan os veciños de Vigo e comarca. Para os Socialistas parécenos un despilfarro o destino de cartos públicos, que sufragamos todos, en organizar festas e verbenas polos pobos cando temos outras necesidades sociais moito máis importantes. A pregunta é ¿cales foron os gastos en publicidade, aluguer do IFEVI, son, luz, orquestra, etc., que supuxo a festa do pasado día 13 en Vigo?. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Vamos a ver. Primeiro ese foi un acto onde estiveron quince mil persoas, é dicir, quince mil persoas da nosa provincia que disfrutaron dun acto feito pola Deputación, igual que hai moitos outros actos de corais, abaneras, concertos, actuacións, etc., etc. Mire, eu lle vou a contestar, lle vou a contestar para que vostede faga os seus números. Pregunte en IFEVI o que custa o recinto feiral e lle vou a dicir que iso custou un 40% menos do que custa só o aluguer do recinto feiral, miren vostedes, só o alquiler do recinto feiral. Segunda cuestión, pode vostede chamar ó concello de Padrón, que goberna o PSOE, pode chamar ó concello de Poio, que goberna o BNG, pode chamar ó concello de Cerceda, que goberna o PSOE, pode chamar ó concello de Rábade en Lugo, que goberna un independente, pode chamar a Melide, que goberna o BNG, pode chamar a Noia, que goberna o PSOE, pode chamar a Lugo, que goberna o PSOE, pode chamar a Ferrol, que goberna o PSOE, e pode chamar ó concello de Santiago, que foi o que iniciou as festas do Ano Xacobeo con esta mesma orquestra. Se quere tamén pode chamar ó concello de Marín, pode chamar ó de Cuntis ou pode chamar ó de Lugo, todos eses contrataron estas orquestras, e lle darán os datos, seguramente, llos darán, é dicir, saberá o dato real. Segundo, falando de despilfarro, vou a dar un dato moi interesante, o concello de Vigo o ano pasado empufou ó concello en 600.000 euros cos seguintes concertos: El Canto del Loco, pufo 114.000 euros, pagaron os cidadáns 26 euros, anoten ben, o Canto do Loco tivo un pufo, é dicir, despois de ingresos e gastos, se quere lle dou todos os ingresos e gastos, de taquillas, de dereitos de autor, de caché, da produción, etc., etc., o Canto do Loco 114.000 euros de pufo, de pufo, non digo de que se gastaran 114.000 euros, con entrada 26 euros; Lenny Kravitz, 182.000 de pufo, con entradas 35 euros por persoa; Bob Dilan, este xa é para nota 259.000 euros de pufo, despois de ter pagados os cidadáns 35 euros; é dicir, o concello de Vigo despilfarrou 600.000 euros, 600.000 euros, á parte do que os cidadáns tiveron que pagar, e sabe á quen llo cargaron, a IFEVI, iso llo cargaron ó recinto feiral do IFEVI, se quere lle dou todos os datos detallados, tenos vostede porque son públicos, porque se aprobaron nas contas, nas contas do IFEVI están estes datos. Polo tanto, segundo dato que se quere o ten sen ningún tipo de problema. Mire, para falar de despilfarro, concello de Redondela, carnaval de inverno, festa da Coca e carnaval de verán 150.000 euros de buratos, contratados con Zona Sur; Caldas de Reis, 130.000 euros da festa Cultura Quente, na festa de agosto 70.000 euros; son datos públicos de Xuntas de Goberno, non hai nada máis;. Festas de agosto, en atraccións Vilagarcía 150.000 euros e en orquestras 50.000 de buratos. Mire, lle vou a dicir Sra. Abelairas, quince mil persoas e non chegou nin a 6.000 euros de custe, quince mil persoas, quince mil persoas, quince mil persoas. Sabe o que lle molestou a vostedes, que o alcalde foi alí e é pouco inxenuo, oe, hoxe as abaneras, parece que estamos cheos aquí, e alguén lle dixo, non, as abaneras si, hai catrocentas, quiñentas persoas, é un tema bo, que nós apoiamos, e que seguramente gastan máis vostedes nese proxecto, volvo a dicirlle, que nós apoiamos, que nós apoiamos, porque nos parece ben que se fagan eventos e actos culturais, e chegou, claro, nun lado había, nun lado 500 persoas e noutro 15.000, 15.000, veciños e veciñas da nosa provincia que foron, sen autobuses, pagando o seu automóbil, e que chegaron alí e que libremente pois disfrutaron dunha actuación, dun concerto, como pode ser outro tipo de concerto. Por certo, eu nunca estiven, ¡chapó!, me sinto orgulloso de ser galego e de ser desta provincia e que teñamos ese espectáculo na nosa provincia, ¡chapó! e felicitacións para o que leve esa actuación, porque nos parece, a min me parece unha das cousas mellores que temos na nosa terra, mire que lle digo, claro, por iso hai 15.000 persoas que se mobilizaron, pois aí estou dando os datos, menos de 6.000, en torno ós 6.000 euros é o que custou esa actuación, custa máis pagar o recinto, que xa veremos como pagamos, porque vostedes, tampouco paga o concello e tampouco paga a Xunta de Galicia pois iso xa o discutiremos co recinto feiral do IFEVI. Pero se 15.000 persoas non merecen gastar 6.000 euros, pois mire, apaga e vamos. Sr. Presidente.- Dona Isaura. Sra. Abelairas Rodríguez.- Desconcertada, abraiada, a ver, Sr. Figueroa, pregúntelle vostede, vaia vostede por todos eses concellos e pregúntelles, eu non, eu fíxenlle a pregunta a vostede. Claro, non, non, pero é que eu non lle pregunto. Mire, a festa das achas, a queima das achas en Castelo, seguro que o Sr. Crespo sabe onde é, a queima das achas en Castelo, mire, o pufo, a débeda, foron 3.000 euros e pagárano entre os veciños e non pasou nada. Pregunteille a vostede, vaia a preguntalo vostede polos concellos eses, estoulle preguntando en Vigo. E mire, por certo, cargado ó IFEVI, todos eses, non sei que, cargado ó IFEVI, pois fíxese que xestións máis boas, para non ser da mesma cor política, que o IFEVI asumira eses gastos, porque lle recordo quen é o xerente do IFEVI non é do PSOE nin do PP, ¿verdade?. Sr. Figueroa Vila.- Hai un comité executivo que preside o seu alcalde. Sra. Abelairas Rodríguez.- Dixo vostede, dixo vostede, cargado ó IFEVI, ¿quen preside o IFEVI?. Sr. Figueroa Vila.- O IFEVI somos todos. Sra. Abelairas Rodríguez.- ¿Algún socialista?, ¿algún do PP?. Ben. Díxome 6.000 euros, vai todo, a orquestra, absolutamente todo, ¿a resposta é 6.000 euros?. Vale, de acordo, en hora boa, baratisimo. Repito, non temos para pan e compramos estampitas. Sr. Figueroa Vila.- Pois agora que sabe o que custa felicítenos. Sra. Abelairas Rodríguez.- Non temos para pan e compramos estampitas. Sr. Figueroa Vila.- Mire, agora que sabe a resposta, ¿sabe o que ten que facer?, felicitarnos, eu espero que nos felicite. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Moi bos días. Sr. Figueroa Vila.- E non vai a ser a última actuación, non pense que quedou aí. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición