ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.784
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2010/02/26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/1.2010-02-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/02/26_Ordinaria

  • Data(s) 2010-02-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 73 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 26 de febreiro de 2010 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e vinte e cinco minutos do día vinte e seis de febreiro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo a esta sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial, e antes de nada quixera darlle a benvida as persoas que están aquí neste salón, a todas e a todos, a maiores tamén ó IES Ricardo Mella, alumnos e alumnas do IES Ricardo Mella de Vigo, e tamén do Colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia, que están esta mañá aquí no Pleno da Corporación Provincial. Pero xa, sen máis vamos a dar comezo, neste caso, como dicía á orde do día. 1.5911.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de xaneiro de 2010. Se aproba, polo tanto, a aprobación da acta, polos tres grupos. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de xaneiro de 2010. 2.5912.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN E POSTERIOR LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO Sr. Presidente.- Segundo punto. Delegación de competencias do concello de Caldas de Reis a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Caldas de Reis na sesión celebrada o día 30 de outubro de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 24 de febreiro de 2010 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Caldas de Reis, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Caldas de Reis, por acordo do Pleno de data 30 de outubro de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil. 2. Esta delegación do concello de Caldas de Reis será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Caldas de Reis así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Caldas de Reis, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.5913.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DA CAÑIZA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN E POSTERIOR LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR UTILIZACIÓN DO SOLO, SUBSOLO OU VOO DAS VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS Sr. Presidente.- Punto número tres. Delegación de competencias do concello da Cañiza a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Non hai. O Pleno do concello da Cañiza na sesión celebrada o día 28 de agosto de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulten de interese xeral, ou afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da veciñanza. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 24 de febreiro de 2010 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello da Cañiza, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello da Cañiza, por acordo do Pleno de data 28 de agosto de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulten de interese xeral, ou afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da veciñanza. 2.- Esta delegación do concello da Cañiza será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), reservándose o concello o resto das facultades tributarias, e sométese ás condicións establecidas nas bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello da Cañiza así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello da Cañiza, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.5914.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE TUI A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DE DIVERSOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO Sr. Presidente.- Punto número tres, punto número catro, perdón. Delegación de competencias do concello de Tui a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos de dereito público. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Tui na sesión celebrada o día 29 de decembro de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das seguintes facultades: -Xestión, inspección, liquidación e recadación das seguintes taxas: • Taxa por recollida de lixo. • Taxa por servizo de sumidoiros. • Taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas. • Taxa por subministro de auga. -Xestión, inspección, liquidación e recadación dos seguintes impostos: • Imposto sobre Bens Inmobles. • Imposto sobre Actividades Económicas. • Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica. • Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana. -Inspección da liquidación provisional do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras. -Inspección da liquidación provisional da taxa por licenza de obras. -Xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. -Recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se encontren delegados en período voluntario e que se atopen pendentes de cobro na Tesourería municipal. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 24 de febreiro de 2010 acordou aceptar as delegacións efectuadas polo Pleno do concello de Tui, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos de dereito público. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Tui, por acordo do Pleno de data 29 de decembro de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as seguintes facultades: -Xestión, inspección, liquidación e recadación das seguintes taxas: • Taxa por recollida de lixo. • Taxa por servizo de sumidoiros. • Taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas. • Taxa por subministro de auga. -Xestión, inspección, liquidación e recadación dos seguintes impostos: • Imposto sobre Bens Inmobles. • Imposto sobre Actividades Económicas. • Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica. • Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana. -Inspección da liquidación provisional do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras. -Inspección da liquidación provisional da taxa por licenza de obras. -Xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. -Recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se encontren delegados en período voluntario e que se atopen pendentes de cobro na Tesourería municipal. 2.- Estas delegacións do concello de Tui serán levadas a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométense ás condicións establecidas nas bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Tui así coma os demais documentos que procedan. 4.- As delegacións efectuadas polo Pleno do concello de Tui para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos de dereito público, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.5915.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE LALÍN A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN E POSTERIOR LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DE DIVERSAS TAXAS POR OCUPACIÓN DE DOMINIO PÚBLICO MUNICIPAL Sr. Presidente.- Punto número cinco. Delegación de competencias do concello de Lalín a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación de diversas taxas por ocupación de dominio público municipal. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Lalín na sesión celebrada o día 29 de outubro de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por ocupación de dominio público municipal, concretando o mesmo nos tendidos, tubaxes e galerías para as conducións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outros fluídos incluídos os postes para liñas, cables, palomillas, caixas de amarre, de distribución ou de rexistro, transformadores, raís, básculas, aparatos para a venda automática e outros análogos que se establezan sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público municipal ou voen sobre os mesmos, incluída a chamada taxa do 1,5%. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 24 de febreiro de 2010 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Lalín, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación de diversas taxas por ocupación de dominio público municipal. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Lalín, por acordo do Pleno de data 29 de outubro de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por ocupación de dominio público municipal, concretando o mesmo nos tendidos, tubaxes e galerías para as conducións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outros fluídos incluídos os postes para liñas, cables, palomillas, caixas de amarre, de distribución ou de rexistro, transformadores, raís, básculas, aparatos para a venda automática e outros análogos que se establezan sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público municipal ou voen sobre os mesmos, incluída a chamada taxa do 1,5%. 2.- Esta delegación do concello de Lalín será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), e sométese ás condicións establecidas nas bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Lalín así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Lalín, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación de diversas taxas por ocupación de dominio público municipal, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 6.5916.- APROBACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL E ESTRADAS DO ANO 2010 Sr. Presidente.- Punto número seis. Aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2010. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o anteproxecto do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2010, presentado por esta Deputación Provincial de Pontevedra, e de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coa abstención do BNG, o seguinte: - Aprobar o Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2010, a teor do establecido deseguido: PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL E ESTRADAS DO ANO 2010 Seguindo o RD 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das Entidades Locais, modificado por RD 1263/2005, de 21 de outubro e Orde de 31 de xaneiro de 2006, a Comisión Informativa de Cooperación ditamina favorablemente o Plan Provincial de Cooperación para o ano 2010, seguindo as seguintes estipulacións: 1) O Plan Provincial de Cooperación para 2010, afectará a todos os concellos da Provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes. 2) As obras incluídas no Plan seleccionáronse en base ás propostas formuladas polos concellos, adicadas fundamentalmente a cubrir os servizos básicos municipais, conforme prevé o artigo 26 a), da Lei 7/1985, e as normas do Ministerio de Política Territorial. 3) A distribución municipal cífrase en base a un módulo fixo e igual para tódolos concellos de TRINTA MIL EUROS (30.000,00), e outro proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes de dereito e extensión territorial de cada termo municipal. A cantidade así obtida, co fin de que a achega do Estado non supere o 40%, repártese de tal sorte que sumadas as achegas da Deputación e do Estado fosen igual ó 70%. A parte destinada á rede viaria provincial polo Estado, increméntase cunha cantidade igual por parte da Deputación, a fin de que as obras se financien ó 50%, tal como establece o Real Decreto. 4) Desta maneira o financiamento total queda como segue: ADMINISTRACIÓN IMPORTE Achega do Estado 2.566.003,34 Achega da Deputación 2.099.468,89 Achega dos Concellos 1.399.603,67 Outras achegas 26.319,37 TOTAL 6.091.395,27 A cantidade que figura noutras achegas por importe total de 26.319,37 euros, é debido a que é achegada a máis polos concellos seguintes: Crecente 3.833,83 euros e Mos 22.485,54 euros, respectivamente. As obras incluídas no Plan contémplanse no listado de ordenador que se achega. 5) Apróbase así mesmo o Plan de Actuacións Complementarias, facultándose á Presidencia a seleccionar os proxectos e propoñelos ó MPT, para suplir anulacións de obras ou aplicacións de remanentes por baixas. 6) A Deputación delega nos concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Plan. Se por cualquera causa algún concello non aceptara esta delegación, deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponda, no momento de serlle notificada a aprobación definitiva. 7) Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente en canto ás normas de exposición pública e participación ás Administracións interesadas. 8) Este Plan considerarase definitivamente aprobado se trala análise polo MPT non se fixeran observacións ó mesmo. Se se nos requirise para efectuar algunha modificación nas obras, por causas imputables ós concellos, que necesitasen acordo de rectificación do Pleno e conseguintemente nova exposición pública e informe da Subdelegación do Goberno e do Presidente da Comisión Provincial do Estado coas Corporacións Locais, estimarase anulada a obra, aplicando as economías como remanentes nas actuacións complementarias, tal como se establece neste acordo. 7.5917.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “REMATE DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E ENSANCHE DA EP 0507 PORTELA-VALIÑAS-PORTAS”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número sete. Aprobación inicial do proxecto “Remate das obras de acondicionamento e ensanche da EP 0507 Portela-Valiñas-Portas”. Exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Remate das obras de acondicionamento e ensanche da EP 0507 Portela-Valiñas-Portas”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 221.625,78 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 139.420,40 euros e capítulo de expropiacións por importe de 82.205,38 euros, ten por obxecto o “Remate das obras de mellora e ampliación da EP 0507 Portela-Valiñas-Portas”. Coa finalidade de contribuír ó gran desenvolvemento que experimentou nos últimos anos a comarca do Umia, a Deputación Provincial de Pontevedra realizou numerosas actuacións nas distintas infraestruturas da zona, entre elas a EP 0507, estrada de gran importancia porque comunica o lugar de Portela, desde a estrada Fachendoso-Portela, ata o lugar de Portas, atravesando a estrada Goulla-Porráns. A urxencia de acometer canto antes as obras vén xustificada pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que o estado actual da estrada supón para a circulación, xa que o feito de terse mellorado a maior parte dos tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación de vehículos, cuxos condutores, ó atoparse co deficiente trazado dos tramos intermedios obxecto do presente proxecto, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana, a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto “Remate das obras de acondicionamento e ensanche da EP 0507 Portela-Valiñas-Portas”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 221.625,78 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 139.420,40 euros e capítulo de expropiacións por importe de 82.205,38 euros. 2. A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que leva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3. A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das obras vén xustificada pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que o estado actual da estrada supón para a circulación, xa que o feito de terse mellorado a maior parte dos tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación de vehículos, cuxos condutores, ó atoparse co deficiente trazado dos tramos intermedios obxecto do presente proxecto, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana, a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. 8.5918.- MOCIÓN DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO SOBRE A ADHESIÓN Ó MANIFESTO “GALIZA TEN DEREITO” Sr. Presidente.- Punto número oito. Moción do Bloque Nacionalista Galego sobre a adhesión ó Manifesto “Galiza ten dereito”. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Saúdos expresos ó público, tanto escolar, os colexios de Ribadumia e Vigo, como ós de Gondomar que están aquí presentes. E por outro lado, dicir que, comentar que as … Nestes intres escoitase falar a alguén do público. Sr. Mosquera Lorenzo.- A moción esta, como creo que xa é coñecido, pois responde a un Manifesto asinado en Santiago por todas as forzas sindicais, empresariais e a maioría das políticas, en relación á situación que atravesa o sistema de caixas, o sistema financeiro galego, practicamente xa é o único que nos queda aquí. Eu creo que é interesante, e agardo que non sexa pesado, facer unha pequena historia. Coa crise financeira adóptanse unha serie de medidas, un deseño, que trata por un lado de salvar o sistema bancario e reordenar profundamente o sistema de caixas. Un contrato diferente para uns e para outros que en concreto leva a un deseño, articulado no FROB e nas propostas que non están no FROB, e que son moi claras, que é fusionar, reducir o número de caixas, obrigalas a pasar un proceso de fusións, frías ou quentes, fusións ou SIPs que ó fondo podería resultar practicamente o mesmo, e intentar deslocalizalas, intentar que a base territorial das caixas, onde naceron e onde teñen os seus centros de decisión, pois desaparezan e collan un terreo transversal en contra obviamente do que está en parte dos Estatutos de Autonomía, de que a competencia das caixas é das Comunidades Autónomas. Ben, ese deseño empezou a fallar cando Andalucía, Cataluña, incluso Castela-León, Valencia, Euskadi e demais, pois foron adoptando medidas en contra deste deseño para acadar que as caixas, onde non son bancos privados, son caixas, son semipúblicas, e que no seu momento montaron as institucións, esta casa montou a Caixa Pontevedra, hoxe integrada en Caixanova, pois foran, esas caixas foran perdendo a súa base territorial e houbo esa posición e chegamos ó caso de Galicia, chegamos ó caso de Galicia no que o deseño xa está roto, xa está roto, xa está roto porque tanto, e as Comunidades que citei antes, intentaron, e van a acadar que, manter un sistema financeiro propio vía caixas, pero parece que o caso de Galicia non é tan asumible coma outros que citei antes, e polo tanto inténtase que no caso de Galiza haxa unha deslocalización clara, e que tanto Caixagalicia como Caixanova vía fusión directa ou fusión fría en SIP, pois desaparezan como caixas galegas e o asunto empézase a emborronar con toda unha serie de medidas, que se a solvencia, que se non sei que, bueno, a líada típica, que teñen recursos, neste caso do Estado e do Banco Central, do Banco de España, para ir difuminando e demais. Eu podo dicir aquí unha cousa clara e directa, o Sr. Zapatero cando se entrevistou co noso portavoz Guillerme Vázquez, díxolle clariñamente que non había tal recurso por motivos técnicos, a decisión que tiña tomada era contraria a que en Galiza se fusionaran as caixas e houbera unha caixa galega. ¿Entende?. Vaime tirar das orellas Guillerme, porque non é partidario de filtrar o que son conversacións privadas, pero as cousas son así, e polo tanto así igual se entende mellor. Ben, por unha vez, por unha vez, cousa que sería impensable noutras comunidades que xa se dá por suposto, por unha vez houbo unha reacción tardía, pero hóuboa, para intentar que Galiza estivera nas mesmas condicións, puidera manter o seu aforro, falo de 70.000 millóns de euros, que son unhas cantidades alucinantes, e que convertería na quinta caixa do Estado, ou sexa que con calquera ránquing que se faga, de que se van quedar 10, se van quedar 15, se van quedar 10 grandes e 10 ou 12 máis pequenas, con calquera ránquing que se fale a caixa galega resultaría digamos absolutamente competitiva e operativa. Estamos ante un tema francamente importante porque moi dificilmente ningunha comunidade, ningunha zona, ningunha autonomía, vai a ter a máis mínima capacidade de reacción, se o seu aforro está decidido dende fóra e non ten capacidade para aplicar, para aplicalo nas melloras e … E tamén se está criticando moito que se é, que se é intervencionista ou non é a lei que se fixo, que repito, por primeira vez un acordo unánime, despois rompeuse, para tirar para adiante con este proceso e demais. Pois si, si, é parcialmente intervencionista, claro que si, claro que si, obviamente. O Banco de Santander e o Banco Bilbao-Vizcaya temos accionistas que teoricamente xogan os seus cartos, despois vén o Estado a salvalos, neste caso estamos falando de institucións que non hai accionistas, e polo tanto, se non hai accionistas o poder público terá algunha capacidade para decidir, ou para inducir, non decidir, inducir que esas caixas fagan o que teñen que facer para investir e para crear riqueza no noso tecido produtivo, en Galiza. E non creo que sexa ningún pecado, nesta ola de liberalismo que parece que todo é tremendo e moi malo, non creo que sexa ningún pecado, que os poderes públicos, electos polos cidadáns, e non como as direccións das caixas que non foron elixidos por ninguén, autoreprodúcense, ¿verdade?, e non ser quen mandan, non deberían ser quen mandan, pois deciden inducir, xa digo, non teñen capacidade de decisión, pero inducir en que liña vai a política económica desas caixas. A todo isto, a todo isto, e xa con isto vou case rematando, se nestes momentos algunha das dúas caixas galegas ou as dúas, teñen algún problema financeiro non é porque os galegos non teñamos cartos aforrados nas caixas, que temos en grandes cantidades, nin é porque o que investiron en Galiza vía conceder créditos a empresas, a familias e demais, lle estea creando problemas, foi por certas aventuras, certas aventuras de ir comprar ou avalar terreos de solares alá noutros sitios, que algunha responsabilidade terán eses que agora son os xefes das caixas, os xefes actuais das caixas, que parece que se van a ir de rositas, eles non teñen ningunha responsabilidade de estar facendo, de estar facendo e comprometendo o futuro das caixas. En todo caso, en todo caso, estiveran mellor, estiveran peor, ninguén contempla a posibilidade de que poidan seguir por separado. Ogallá non teñan ningún problema, hai tres anos por exemplo ninguén estaría discutindo da fusión, non pasa nada, non pasaría nada, poderíamos discutir unha nova Lei de Caixas na que foran máis democráticas, nas que non houbera poderes enquistados, que parece que teñen máis poder e o exercen e presumen del, e presumiron, máis poder que o Presidente da Xunta, ou que os alcaldes, e non digamos xa que os alcaldes de turno, etc., estaríamos falando doutras cousas pero non tal. O da fusión non é iniciativa nin do BNG, nin do Parlamento Galego, nin de ningún grupo político, é algo que vén dado por unhas normas, que independentemente case do estado financeiro no que se atopen as caixas, teñen que facelo. Ben, nós cremos que o asunto non é nin rutinario, nin rutinario nin falto de importancia, ou sexa, non vamos a estendernos no que pasou neste país, que durante anos, e anos, e anos, as caixas basicamente captaban o aforro dos nosos emigrantes para ilo investir a Madrid, ó Levante, a Cataluña ou a onde fora, unha cousa sangrante. Sabemos que houbo oficinas que captaban cantidade de aforros, ou sexa nós, os galegos e galegas, emigrabamos, collíamos fondos e os nosos aforros ían enriquecer a outros lados, bueno, hoxe sucede menos pero segue sucedendo co aforro galego. E a adhesión, o que vén hoxe a Pleno, a adhesión a este Manifesto “Galiza ten dereito”, creo que non é baladí, creo que hai que demostrar, neste caso, coas, vamos coas caixas e co sistema financeiro, que Galiza ten dereito igual que outras comunidades a ter un sistema financeiro eficiente ó servizo do país. Galiza ten dereito a que o Estado respecte o autogoberno galego como respectou outros neste aspecto, e Galiza ten dereito, obviamente porque a maioría o decide claramente, pero ten dereito a que ninguén lle interrompa a propiciar a fusión das caixas como maneira de garantizar a súa viabilidade. E creo que as institucións galegas se vaian apoiando, se vaian adherindo a este Manifesto, creo que pode lograr que estas maniobras obvias, obvias despois do que pasou onte e pasou estes días, obvias, de dilacións, simplemente, de evitar, ou sexa, de deixar que pasen os prazos, e cando sexa imposible, dicir, ¡ai!, nós eramos moi bos, tiñamos razón, puideron fusionarse pero non se fusionaron, agora xa estamos sen ningunha, non hai nada que fusionar. Pois acaben dunha vez e se permita que Galiza teña, manteña o control da metade do aforro dos galegos, máis ou menos, é o que está nas caixas, en Galiza, e se poidan investir, se poidan, para enriquecer a nosa economía, para poder crear postos de traballo, financiar investimentos e crear políticas activas financeiras, a través das caixas, do goberno galego, para poder potenciar sectores produtivos para o futuro, e crear a riqueza e postos de traballo que poden crear estes 70.000 millóns, que son unhas cifras absolutamente elevadísimas, e que ben aplicadas, se se estiveran aplicando ben ata agora, ben aplicadas no futuro, poden cambiar para ben a situación da economía galega. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, bos días. Evidentemente estamos asistindo en determinadas institucións a unha alianza táctica entre o Partido Popular e o BNG, que loxicamente, digo táctica, porque loxicamente os fins son diferentes nas dúas forzas políticas, iso é evidente, é evidente. Por suposto que no punto que estamos a discutir, o título está moi ben “Galicia ten dereito”, e é certo, é así, é dicir, Galicia ten dereito a que se respecten os acordos que toman as súas institucións. Ocorre que neste caso as institucións teñen que tomar os acordos dentro dun marco, iso é innegable, e hai un marco constitucional e estatutario que nos obriga a todos. Ben, ocorre que o Parlamento Galego saca unha Lei votada polo Partido Popular e polo BNG que ten un fin único e exclusivo, e o fin é obrigar á fusión das dúas caixas que hai en Galicia, obrigar, punto. Non trata de inducir como se dicía aquí, non é certo, non hai ningunha indución, hai unha obrigación expresa, e a obrigación expresa, … Nestes intres escoitase falar a persoas do público asistente ó Pleno. Sr. Presidente.- Vamos a pedirvos a todos os que estades aquí nesta sala, pois, a vosa colaboración para que o Pleno transcorra con absoluta normalidade. Séguese a escoitar intervencións do público presente no salón de Plenos. Sr. Presidente.- Sr. González. Adiante. Sr. González Iglesias.- Si, dicía antes que o que se plantexa con esta lei non é unha indución senón a obrigación expresa de cara ás dúas caixas da fusión, e ocorre que iso nace no momento que unha das caixas négase a esa fusión. O Partido Popular opta por unha vía que non é a de presentar unha proposición de lei, e opta por esa vía precisamente para non ter que estar informada preceptivamente. E cando se fai iso ocorre que a lei aprobada no Parlamento de Galicia, pasa a instancias do goberno de España polo ditame do Consello de Estado e o Consello de Estado atopa que hai ó menos dez causas de inconstitucionalidade, de inconstitucionalidade. Supoño, supoño, que a ninguén se lle escapa que no Consello de Estado hai xente tan pro-PSOE e tan proclive ó goberno de Madrid, como pode ser o Sr. Landelino Lavilla Alsina, creo recordar que á parte doutros cargos foi Presidente do Parlamento coa UCD, ou pode estar o Sr. Herrero de Miñón, que creo que foi entre outras cousas Voceiro de Alianza Popular no Congreso de Madrid. E ese, é dicir, este acordo, ese ditame do Consello de Estado prodúcese por unanimidade, polo tanto dificilmente se pode estar dicindo, como alguén está dicindo por aí, que, trátase dende o goberno de España de poñer pedras ou poñer paus nas rodas, non é así, non é así, e volvo a repetir, hai datos máis que suficientes que avalan esta cuestión. E é máis, non só iso, senón que despois deste ditame, despois de que o goberno de España recorra ó Tribunal Constitucional, o goberno de Galicia séntase a negociar, e estes días asistimos a declaracións en prensa das dúas partes negociadoras, onde se di que nalgúns puntos hai acordo, e neses puntos que hai acordo ese acordo significa unha rectificación do que aprobou o Parlamento Galego. Polo tanto, está claro tamén que está o Partido Popular asumindo en parte a posible inconstitucionalidade desa lei. Curiosamente, hoxe, asistimos ó sumum das declaracións, de todas ademais, é dicir, hai uns días o Sr. Presidente da Xunta de Galicia, en Bilbao, é certo que cando sae do Padornelo pensa en política, noutro tipo de política, non na de Galicia, pensa na do Estado, e parece que está facendo oposicións á política do Estado, e di cousas como as que dixo en Bilbao, dicindo claramente que non hai ningún problema, se quere o goberno do Estado nós copiamos a Lei de Andalucía, poñémola enriba da mesa e firmámola mañá, cando onte lle din ese mesmo, poñen o grito no ceo, claro, xogaba fóra de Galicia e estaba pensando noutra cuestión. Resultado final desta historia, miren, non se pode facer unha lei contra as caixas, probablemente, probablemente estivera todo o mundo de acordo ou non coa fusión das caixas, pero retire esa cuestión, que as dúas digan que si, e neste caso houbo unha que dixo que non, se sacan o conexo da chistera e se dedican a dicir que entón cambiamos a lei, poñemos esta lei e a partir de agora todos para adiante. Miren, é curioso, eu hai uns días, hai aproximadamente trece días, vin unhas declaracións dunha persoa, concretamente do Sr. Beiras, nun periódico de Galicia, no que dicía que a fusión nestes momentos creaba un problema, e o dicía alguén tan “proclive” ó Partido Socialista, digo proclive entre comiñas, por suposto, como o Sr. Beiras, é dicir, miren, aquí está claro que cada un mantén posicións diferentes e as mantén por algo, pero o que si é certo no final de toda esta cuestión é que parece que o goberno de Galicia entendía hai uns días que si había cuestións de inconstitucionalidade e sentouse a negociar, e chegou a acordos, e chegou a acordos que van a significar dalgún xeito o pase de novo polo Parlamento de Galicia desa lei. Polo tanto, eu creo que si se pode consensuar entre todos os grupos políticos posicións, e as posicións consensúanse no Parlamento de Galicia, e consensúanse como dicía antes dentro dun marco que é a Constitución, que lle gustará a algúns máis, ou menos a outros, pero ata agora é o que hai, e por suposto, por certo, hai fórmulas de cambiar a Constitución, se a alguén non lle gusta, tamén poden intentar ese proceso, é lícito agora mesmo. Lóxicamente nós, é un manifesto que o fondo, o único fondo que ten é conseguir que se faga xusto o que quere o Presidente da Xunta de Galicia, ¿con que ánimo?, xa o veremos, xa o veremos, e poderíamos discutir tamén dese ánimo, nós non vamos loxicamente a adherirnos a ese manifesto. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Iglesias. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si. Bueno, Sr. González, é difícil que vostede defenda hoxe en Pontevedra esta moción ou este manifesto, é complicado porque vostedes din unha cousa en Vigo, din outra en Pontevedra, din outra en Lugo, din outra en Coruña, en Coruña incluso xa din algunha, algúns ata dúas distintas, é dicir, é complicado iso, é complicado cando un partido que ten unha organización e unha implantación social importante en Galicia diga cousas totalmente distintas, iso hai unha primeira conclusión, a vostedes non lles preocupa as caixas nin a fusión, lles preocupa a súa rendabilidade política en cada unha das zonas, dependendo onde falan. Claro, se vostede fixera este discurso que fixo hoxe aquí en Vigo, seguramente o Sr. Caballero lle votaría unha bronca importante, ¡como o fai en Pontevedra!, bueno, pois eu me gustaría que os medios de comunicación estiveran atentos ó que din os socialistas da cidade de Pontevedra, que seguramente non é o mesmo que o que din os socialistas da cidade de Vigo. Pero miren, eu creo que o importante deste tema é falar do fondo, porque vostede agora se escuda no seu discurso da constitucionalidade ou non da lei, pero hai un antes, vostedes xa chegaron aquí, ese foi o remate da primeira parte do partido, pero non falan do inicio. Mire, ¿sabe cal é o inicio?, o inicio é que hai dous anos e medio un Presidente do Goberno dixo que neste país non había crisis, o inicio foi que un Presidente do Goberno candidato a unhas eleccións dixo que estabamos na Champions League a cuestión de fondo é que hai dous anos e medio a algúns que dicían que había crise se lles chamaba antipatriota, e claro, ¿sabe cal é o problema?, ¿sabe cal é o problema?, o problema é que vostedes nos levaron, nos levaron a esa … Que valientes son algúns que se escudan na palabra e non deixan falar ós demais. Escóitanse manifestacións do público presente no salón de Plenos. Sr. Figueroa Vila.- Miren, vostedes nos levaron a esta situación. ¿E sabe o que xerou esta crisis económica?, unha crisis financeira, unha crisis financeira que ó final dende o Banco de España, porque son vostedes ademais os que están impulsando esta reestruturación financeira, o que impulsa é o Banco de España, e o Banco de España, ¿sabe o que está dicindo?, que de 45 caixas teñen que quedarse en dez ou en doce caixas, aproximadamente. ¿Sabe o que di o Banco de España?, que as entidades financeiras teñen que buscar alianzas estratéxicas para ter un mínimo de 50.000 millóns de euros de activos as que se conformen de fusións. ¿Sabe canto ten Caixanova?, 22.000, ¿sabe canto ten Caixa Galicia?, en torno ós 40.000. Bueno, pois ningunha das dúas pode xestionarse en solitario, esa é a cuestión, e polo tanto, uns defendemos que se hai que fusionarse é mellor fusionarse cos galegos que fusionarse cos de fóra. E iso é no que vostedes nos están enganando, pero claro, vostedes seguen as directrices de Madrid, Madrid non lle interesa, non lle interesa que en Galicia teñamos unha caixa forte, iso en Madrid non lle interesa, ós socialistas de Madrid non lle interesa, e por iso que vostedes intencionadamente están paralizando unha lei. Pero en calquera caso, o tema de fondo importante, mire, ¿sabe cal é o problema?, se vostedes non defenden a fusión Galicia vai a quedar sen ningunha caixa, non vai haber nin caixa do norte nin caixa do sur, iso é o que vostedes están buscando, pero non só iso, é que vostedes, vostedes ó final o que van a provocar é que Galicia se quede sen caixas. Mire, diario, vou a dicilo porque hai que recollelo, Faro de Vigo de hoxe, di “el compás de espera de la tercera caja”, iso é o que vostedes nos engañan e nos menten, ¿sabe o que se está negociando por detrás de toda esta cuestión?, que Caja Murcia, Caja Cantabria, Caixanova, se fusionen, isto non o dicimos nós, o vou a ler para que todos o escoiten ben, “el compás de la tercera caja a los, Caja Astur, Caja Murcia, Caja Cantabria y Sa Nostra, pendiente de la polémica con la Ley de Cajas Gallegas para un posible chip con Caixanova, a los protagonistas de una posible de las grandes operaciones que se están gestando al calor de la reestructuración del mapa de las cajas de ahorro en España, no les corre demasiada prisa, zanjan con los últimos flecos pendientes. No hay ninguna necesidad imperiosa, comentaban el pasado miércoles, el Presidente de Caja Murcia, Carlos Ejea, es uno de los directivos que más pistas está dando sobre el germen de la que aspira a ser la tercera gran entidad española por detrás de la Caixa y Caja Madrid. ¿Quién estaría en ese parto?, pues los mismos nombres que se vienen barajando en las últimas semanas, además del Grupo Murciano, Caja Astur, Caja Cantabria, Sa Nostra y Caixanova, por eso todos están esperando a que el temporal político y jurídico que arrecia en Galicia, casi más fuerte que el meteorológico, se calme.” Este é o fondo do tema, Sr. González, este é o fondo do tema, que vostedes non queren que Galicia teña unha caixa fuerte, os socialistas non queren que Galicia teña unha caixa fuerte, pero ¿que están facendo vostedes en Andalucía?, provocando a fusión das caixas andaluzas; ¿que están facendo vostedes en Cataluña?, provocando a fusión das caixas catalanas. E aquí, ¿que nos din?. ¿Sabe cal é a diferencia?, que Caja Murcia non ten posibilidade de fusionarse con nadie da súa comunidade, porque é única; ¿sabe cal é a diferencia?, que Caja Astur non ten posibilidade de fusionarse con ningunha da súa comunidade, porque é única; ¿saben a diferencia?, que Caja Cantabria non ten posibilidade de fusionarse con ningunha da súa comunidade, porque é única; ¿e saben cal non é a diferencia?, que Caixanova si ten a posibilidade de fusionarse cunha galega porque hai outra caixa galega. ¿E vostedes que queren, os Socialistas?, que Caixanova faga unha fusión con caixas de fóra, que se monte unha entidade xestora a través dun SIP e que esta entidade xestora se regule e se controle dende Madrid ou dende Barcelona, esa é a cuestión. ¿E saben cal é o seguinte paso?, que esta fusión a través dun SIP se vai a convertir no que quere o Gobernador do Banco de España, nun Banco, como así está o Banco Cívica con outras caixas intentado facer esa xestión. ¿E sabe cal é a diferencia?, que se se converten nun banco, que é o que quere o Gobernador do Banco de España, nos quedaremos sen obra social en Galicia, e en Vigo e en Pontevedra. Esa é a diferencia do que están manobrando todos vostedes detrás, este é o problema de fondo, o problema de fondo, que a vostedes, vostedes o único que teñen é un obxectivo partidista, electoralista, partidista, partidista. Porque vostede me fala agora da constitucionalidade ou non, pero é que vostedes previamente, primeiro saíron na foto, dixeron que si, que era necesaria a reforma dunha Lei de Caixas Galegas, e despois dixeron que non, e inmediatamente a paralizan en Madrid. Mire, tarde ou temprano se está descubrindo o que nós estamos denunciando, e a clave está aquí. Eu lle pregunto directamente, de Caixanova, que nos diga se é certo ou non esa información, ten que dicilo públicamente, porque a caixa non é del, a caixa é de todos os aforradores, como dixo ben o Sr. Mosquera, a caixa non é un banco que cada un co seu capital fai o que lle dea a gana, a caixa é dos aforros de todos os galegos e galegas, de todos os vigueses e viguesas e de todos os pontevedreses, e alguén ten que explicarnos se é verdade que se está negociando unha fusión con Caja Murcia, Caja Astur e Caja Cantabria. Iso é o que nos teñen que dicir, iso é o que nos teñen que dicir, alguén que nolo diga, porque esta é unha información pública, que xera inquietude e evidentemente que por suposto que as administracións teñen que intervir, porque somos os representantes desa caixa igual que os impositores. Esa caixa non é de nadie, non é de nomes concretos, é de todos, é de todos. Isto é certo ou non, esa é a clave, a gran mentira é esa, por suposto que nós todos os que estamos aquí se considerásemos, ou se nos desen con certeza que Caixanova se podía xestionar en solitario apoiaríamos esa cuestión, estamos totalmente convencidos, pero o problema é que non se pode xestionar en solitario, esa é a clave, esa é a gran mentira que vostedes están trasladando á opinión pública, esa é a gran mentira. ¿Que queren vostedes mellor?, que teñamos os poderes de decisión en Galicia, que iso é no que temos que traballar todos, e xa falaremos das sedes, onde teñen que estar as sedes, evidentemente, evidentemente, porque, pronúnciese vostede ¿que a quere en Pontevedra ou en Vigo?. Ese é o tema de fondo, ¿onde teñen que estar os poderes de decisión?, ¿como se vai a conformar esa fusión?, se é paritaria, se é igualitaria, ¿quen van a ser os membros dese consello de administración?. Eu lle pregunto unha cousa, se os que defendemos e estamos nunha postura máis próxima a Caixanova, dicimos que mañá o Presidente desa nova caixa é o Sr. Pego, ¿aceptaríamos esta cuestión ou non?, ¿si ou non?, ¿si ou non?, pero o problema é que vostedes teñen que debater entre vostedes, porque o Sr. Losada di que a sede ten que ser en Coruña e o Sr. Caballero di que a sede ten que ser en Vigo. Debátano vostedes, entre vostedes, entre vostedes, debátano entre vostedes, pero díganos, díganos os que defenden ou non á fusión, se é certo ou non, que Caixanova, volvo a repetir, se esta información que sae hoxe nun periódico de tirada importante na nosa provincia, se é certa ou non, se hai un compás de espera para estar creando a terceira caixa, ¿é certo ou non?, porque esta é unha das claves. Polo tanto, nós vamos apoiar este manifesto e ademais, Sr. Mosquera, só hai un problema lingüístico idiomático, é dicir, nós, evidentemente, sabe que nós defendemos Galicia e non Galiza, é dicir, é un problema dunha letra, polo tanto o deixamos para que o saiba tamén, e polo tanto nós vamos apoiar este Manifesto porque creo que é o mellor, o mellor para Galicia, o mellor para a provincia de Pontevedra, e dende logo nesa liña estamos traballando, non queremos entregar, non queremos entregar Caixanova ós de fóra, non queremos que Caixanova perda a súa entidade como caixa de aforros, como caixa de aforros de Galicia e de Vigo e da provincia de Pontevedra. Dende logo creo que algúns están traicionando a Galicia, e me gustaría que nos explicara ou que nos dese algún razoamento, e sobre todo os directivos de Caixanova, ¿se é certo ou non, que esta información que se está dando, e que está nos medios de comunicación, ten visos de ter realidade ou non?, porque esa é a clave. Nós dende logo preferimos unha caixa forte, solvente, galega, con poderes de decisión na nosa terra, que que se poidan fusionar fóra. Si Sra. Abelairas, aquí está a información, para crear a terceira caixa, e iso é o que quere o Banco de España, e o seu gobernador do Banco de España que non é militante do Partido Popular, foi Secretario de Estado co Sr. Zapatero, Secretario de Estado co Sr. Zapatero e un destacado militante socialista. A pregunta é ¿por que vostedes permiten as fusións das caixas andaluzas, das catalanas e non permiten as das galegas?. ¿Que é o que teñen detrás de todo iso?. Vólvense a escoitar manifestacións do público presente no salón de Plenos. Sr. Presidente.- Eu lle pediría respecto, eu creo que todos. Séguense a producir intervencións por parte do público. Sr. Presidente.- Tranquilidade, tranquilidade, vale, tranquilidade. A min me gustaría que o Pleno se puidera, puiderades escoitar o que aquí se fala, puiderades opinar, pero deixar transcorrer o Pleno para que dalgunha maneira, xa que viñestes ata Pontevedra pois eu creo que era bo que escoitarades e deixarades que o Pleno se desenvolvese con absoluta normalidade. Sobre todo para darlle exemplo tamén ós rapaces e rapazas que están aquí neste caso, dese colexio de Vigo. Séguense a producir intervencións por parte do público. Sr. Presidente.- Pero cando sexa así te presentas ás eleccións e se te votan ves para aquí, te presentas ás eleccións e ves para aquí. Bueno, vamos a seguir. D. Cesáreo Mosquera, que seguro que é capaz de, unha vez que vostede fale seguro que é capaz de que se calen, se normalicen, e polo tanto lle dou a vostede a palabra. Séguense a producir intervencións por parte do público. Sr. Presidente.- Ata logo. Ata sempre amigo, adiós. D. Cesáreo Mosquera. Séguense a producir intervencións por parte do público. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Séguense a producir intervencións por parte do público. Sr. Presidente.- Bueno, pois tranquilidade. Sr. Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Vamos a intentar seguir coas intervencións. Ben, con respecto ó tema que nos ocupa evidentemente si que ten que ver co futuro deste país, co paro e con outras cousas, é dicir, eu creo que hai algo moi claro, o Sr. Figueroa insiste moito en Caixanova, é obvio, e Caixa Galicia ten pactado con Caixa Madrid, é dicir, o Sr. Deza fixo unhas declaracións dicindo que a Rodrigo Rato xa lle deixaba o traballo feito, que xa tiña moi avanzadas as negociacións con Caixa Madrid. Eu creo que era mellor remitirnos ó asunto de fondo, porque aquí se fixo algunha cita como que se o Sr. Beiras opinaba, bueno, os intelectuais opinan o que lle parece, e fan ben en opinar e demais, pero alguén que o sufriu en carne e óso ós dous Presidentes das caixas durante moito tempo, coma o Sr. Touriño, tamén ten unhas opinións así como non moi concordantes, verdade, coas que ten oficialmente nestes momentos o Partido Socialista. Entón, mellor non citemos persoas porque, primeiro, cada un ten dereito a opinar o que sexa, e os que sufriron en vivo, en directo, parece que o teñen nas carnes máis gravado, con coñecemento de causa. Home, aquí estase dando unha situación, unha situación francamente curiosa, é certo que se dá unha situación curiosa, de verdade, ou sexa, dentro da política do Estado iniciouse unha carreira, que iniciou o PP, de recentralización feroz, feroz. Ben, no que as autonomías parece que estorban e todo o que non sexa aquilo de “España unha grande libre” pois é un problema. Agora o PSOE sumouse, entón agora en política económica o PP voto a favor do FROB, e hai que ver as declaracións do Sr. Montoro con respecto ás fusións, etc. Entón, en política económica o PSOE correuse a unha postura recentralizadora tremenda, que aceptou que se rompera en Andalucía e noutros lados, entón resulta que o PP en Madrid apoia ó PSOE, e ó PP aquí en Galicia parece que xa non lle queda sitio, quedoulle sitio para o galego, o galego si, seguiu as directrices de Madrid, correctamente, pero neste caso quedoulle sito e demais. Ben, nós alegrámonos, a nós o que nos preocupa é o país, o que nos preocupa é o futuro do país, e quen fixo a proposta da Lei de Caixas, quen fixo a proposta do Manifesto foi o BNG, se o PP se suma, se o PSOE se suma, o deixa sumar, a nós iso pois encantados, este país temos que construílo entre todos, entre todos, e non vamos a entrar nos motivos que teña cada un en cada momento para apoiar unha postura ou non apoiala, se a postura nos parece correcta, e moito máis sendo iniciativa nosa. Miren, a min dáme a sensación con todos os respectos de que despois vamos aprobar, vamos aprobar unha declaración criticando, verdade, estas declaracións da Sra. Rosa Díez con respecto ós galegos. Bueno, pois con respecto, mellor dito, a falta de respecto absoluta é a que hai en certos sectores da españolidade de villa e corte, ¿verdade?, con respecto ó galego. Ben, pois con respecto á política económica das caixas, a min dáme a sensación de que nos están tratando igual en Madrid, penso así, pensámolo así e así o dicimos, ou sexa, non se trata de frear con manobras dilatorias ningunha fusión en Andalucía, o que sexa, ó principio si, despois cando viron que iso podía ter uns custes tremendos colléronlle medo. En Cataluña tampouco, e fálase da solvencia, creo que Caixa Cataluña, non La Caixa, Caixa Cataluña que é a que se vai fusionar, creo que é a que peor está do Estado, económico, pois vaise fusionar coas de alí, sen ningún problema e non sei canto, está moito peor da peor hipóteses que pode haber con respecto a ningunha caixa galega, en absoluto. Bueno, pois o asunto é ese, ninguén vai a frealo, ¡ui!, coidado, alí en Cataluña eu creo que saltan todos, as forzas políticas, sociais e, todos, todos en fila, que ninguén lle vai a tocar. Eu xa me gustaría ver, xa me gustaría ver que é o que pasaría se é que por exemplo La Caixa, La Caixa, catalana, que é a primeira, lanzara unha OPA e fora capaz a intentar, a intentar absorber Caja Madrid, el símbolo del poder en Madrid, gustaríame ler, eu creo que saltarían, vamos que saltaría todo Madrid, todo o Estado, que es una cosa tremenda. Claro, os galegos somos distintos, somos “los gallegos”, iso é como nos ven, e neste caso, teño que dicilo así, é como nos ven, o demais é fume de carozo, ou sexa, venos como, ¿que os galegos vamos a aspirar a ter un poder financeiro propio en contra dos designios inescrutables e infinitos do poder económico de Madrid e do Banco de España?, bueno, pero que osadía, iso pódeno facer os andaluces, os cataláns, pero ¿os galegos?, que osadía, que osadía. Bueno, despois vén todo este embrollo de xustificacións e declaracións francamente desafortunadas, e ademais cos vende patrias de turno que lle importa moito máis o seu cargo, ou manter o seu poder como Presidentes das Caixas e demais, que sempre hai algún colaborador necesario que á parte aínda por riba ata hai que renderlle, ata hai que renderlle pleitesía, porque o que sucede nesta Comunidade Autónoma coas caixas non sucede en ningunha, non sucede en ningunha, ese pavoneo de que os Presidentes das Caixas, de verdade, un funcionario da Caixa, un funcionario, nada máis que un funcionario, que non arrisca nada nin está electo por ninguén, senón que elixe el, elixe el ó consello de administración, verdade, se mande e se ría de Presidentes de Comunidades Autónomas, Conselleiros, Alcaldes, Presidentes de Deputación e demais. Iso só sucede aquí, quen o tolerou, quen o tolerou terá a súa responsabilidade, pero bueno, en todo caso á altura esta creo que é o menos importante, o importante é o de fondo, é o de fondo, é que se nestes momentos o Partido Popular, resulta que cunha postura absolutamente esquizofrénica, que por un lado segue as directrices de Madrid, en que hai que unificar los idiomas periféricos, era vernáculos, vernáculos, non, alá nos 70, final do franquismo, era vernáculos, hai que facelos desaparecer, el español es uno y trino e polo tanto tal. Ben, agora, na postura económica se ten unha postura de país e a mantén, polo menos agora a mantén, nós non temos ningún problema, felicitarnos, e ogallá a tiveramos todos e non tiveramos que estar nin sequera discutindo isto, que probablemente non habería recurso, nin habería manobras delatorias, nin a ningún Presidente de consello de administración, ningún funcionario dunha caixa se lle ocorrería poñerse tan farruco, que el manda aquí e o que se lle está dicindo por parte de todas as institucións e forzas galegas non o pasa por certo sitio, senón que teno que acatar. Agora estamos na situación que estamos e creo que o futuro, o futuro, se é que este país ten algo de memoria, que eu creo que si, é bastante máis do que parece, senón deixámolo con algúns asuntos, vai pasar facturas e duras, se cadra no curto prazo algún cre que gaña algo, pero vai pasar facturas e duras, creo que non se pode xogar cun sector, que repito, son 70.000 millóns de aforro galego, dos euros nosos que temos aí, verdade, que ata agora estiveron expatriando cantidade para fóra e a partir de agora, como isto siga así, e tanto unha caixa como a outra caian nas mans doutros centros de decisións e doutras caixas, obviamente vai aumentar e demais. E iso si, iso si que se vai notar no emprego, iso si que se vai notar no emprego, ata agora o que notamos é que as caixas galegas investían en Canarias e había que ir a traballar a Canarias porque alí había traballo e aquí non, bueno, pois para aquela probablemente xa non son as caixas galegas que invistan en Canarias, simplemente non invisten porque xa non serán galegas, simplemente decidirán noutro lado onde van. O asunto non é baladí e creo que hai que tomalo en serio, eu xa sei que hai posturas fixadas, contraditorias, que decide, a lei tramitouse porque houbo un acordo dos tres grupos de que se tramitara, non foi SIP, pero bueno, en todo caso creo que non é o asunto de … o SIP. Creo que é significativo, importante, que o maior número de institucións se sumen a este manifesto, manifesten a súa vontade de que Galiza ten dereito a que as competencias e as institucións que creamos todos e todas, todos, todos, pois manteñan a súa función e melloren, non só a manteñan senón que a melloren dentro de Galiza para poder crear riqueza neste país. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Sr. González. Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias.- Eu empezaba antes dicindo que había unha alianza táctica entre o BNG e o Partido Popular, e agora me reafirmo, despois das intervencións me reafirmo, porque, vamos a ver, sexamos serios, se como acaba de dicir o Voceiro do BNG, o fin, eles entenden, declaracións do Sr. Blesa, que é certo están aí, de hai un mes, que deixara feita, feita a fusión, preparada a fusión de Caja Madrid con Caixa Galicia e coa Caja del Mediterráneo. Home, eu non entendo que fan xuntos, é dicir, se teñen claro ese tema eu non entendo que fan xuntos, e sobre todo por unha cuestión, señores do BNG, porque no Parlamento Galego quen ten maioría absoluta é o Partido Popular, entón non entendo, se pensan iso, como están facendo esta historia conxuntamente. Segunda cuestión, home, hai que ser como mínimo, como mínimo consecuente co que se di, é dicir, non se pode estar dicindo, imaxinemos que se fai unha opa dende La Caixa a Caja Madrid, home, as caixas, e o dicían vostedes antes na súa intervención, polas súas características especiais non poden facer unha opa dunha caixa sobre a outra, polo tanto iso é tan imaxinar, tan imaxinar, que é absolutamente irreal. E outro tema, miren, en Cataluña rematado o proceso de fusión vai haber como mínimo tres caixas, alguén ten mal a información, como mínimo vai haber tres caixas en Cataluña, agora hai máis de seis, e rematado o proceso vai haber tres, e en Euskadi vai haber dúas, en Andalucía vai haber máis de dúas, en Castilla-León igual, e son datos que están aí, por certo, e tamén aparecen na prensa. Sr. Figueroa, mire, vostede ten dúas características, a primeira voulla dicir ó principio, agora mesmo, e é que é un demagogo, hai que ser moi demagogo para ler unha información de prensa a medias, a medias, a medias Sr. Figueroa. Un ten a mala costume ou boa de ler a prensa ás oito da mañá, entón eu non veño aquí a que vostede pasadas as once e media da mañá me lea a prensa, xa a teño lida, e non di, non fala da fusión, Sr. Figueroa, fala doutras cousas. E tamén di, e tamén di, bueno, para que llo vou a dicir se vostede xa leu a metade da información, siga lendo o resto e se enterará do que di. Pero iso é demagoxia, cando un le a medias, só unha parte, a que lle interesa, e despois di tonterías, iso se chama demagoxia. Por certo, eu acabo de enterarme por vostede que parece que o Sr. Gayoso é militante do Partido Socialista, é dicir, garantízolle, ata o día de hoxe a estas horas non o é, non o é, probablemente, probablemente non, seguro, vamos, está moito máis cercano a vostede que a nós, e o estivo sempre ademais, e non é de ningún desdoro, cada un é absolutamente libre de votar o que queira, de pensar como queira, etc., etc. Dicíallo antes ó Voceiro do BNG e é certo, é dicir, miren, a ver, se estamos falando de algo que aparece na prensa todos os días. Hai nove meses aparecía na prensa unha operación do Partido Popular, unha operación do Partido Popular, propiciada polo que naquel entón era Presidente de Caja Madrid, polo Sr. Blesa, e hai un mes se ratifica, unha vez que sae da caixa, de Caja Madrid, se ratifica, e di que llo deixa ó Sr. Rato feito para que tome a decisión que queira. Mire, esa era a razón, esa é a razón pola que vostedes participan tacticamente neste tema, digo tacticamente porque o final do Partido Popular é fusionar as dúas caixas queiran ou non elas e ó final entregarlla a Caixa Madrid. Loxicamente, home, eu non me creo, e vostedes seguro que tampouco, seguro ademais, que o Sr. Rato apareza agora só para presidir Caja Madrid, vén para algo máis, vén para algo máis, e vostedes o teñen absolutamente claro, é dicir, e home, por Dios, falando de intervencións nas caixas o espectáculo que deron vostedes en Caja Madrid, é de intervención pura e dura, ou, é que agora o Sr. Blesa non é militante do Partido Popular, porque cando foi Presidente érao, agora, ¿que pasa?, que como fai esas declaracións non é. Bueno, isto, Sr. Figueroa, dicíalle antes que cando un le na prensa e le a medias, entende só o que quere, só o que quere, di unha vez máis o Sr. Figueroa que non, que o que buscamos é que en Galicia non haxa caixas, non haxa aforros, non haxa, bueno, pero a ver, a ver, co que non vai haber inversións en Galicia dende as caixas, que non vai haber obra social, eu repítolle, se vostede le a información de prensa que fixo referencia enteira, desdice absolutamente o que dixo vostede. Pero vostede, o que lle dicía antes, ten dúas características nas súas intervencións, unha que é un demagogo, proba evidente é o que estamos falando, e outra característica de sempre en vostede que é un provocador, pero é algo innato en vostede, innato, e loxicamente agora mesmo adoptan a posición que adoptan porque lles interesa. Repito o da primeira intervención, miren, se hai unha semana estaban de acordo, palabras do Presidente da Xunta de Galicia, estaban de acordo en subscribir a lei andaluza e punto, ¿por que agora non o fan?, ¿por que non o fan agora?. E última pregunta Sr. Figueroa, ¿que ocorre, que ocorre se se pecha o acordo en Madrid e como se dicía estes días eses cinco puntos nos que hai acordo significan dalgún xeito que teñen que volver ó Parlamento de Galicia, entón están recoñecendo esa posible inconstitucionalidade ou non a están recoñecendo. E, para rematar, Sr. Figueroa, mire, dicía vostede que o Sr. Caballero di unha cousa, que quere a sede das caixas en Vigo, o Sr. Losada as quere na Coruña, pero resulta que non di vostede o que di o Sr. Feijoo, que di xusto o que non é posible, que estean en todas partes as sedes, e iso legalmente non é posible, pero esa, a posición que teñen vostedes, posición absolutamente demagóxica neste tema coma en moitos outros. E falando de diverxencias e de historias, home, de verdade, ¿o Sr. Baltar pensa o mesmo que vostedes?, nos temas do Partido Popular, ¿verdade que non?, pois é o que hai. Nós vamos a manter a posición do voto, vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Ten a palabra D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, xa miro Sr. González que non me contestou a nada, a información está aí, a pode ler todo o mundo, eu non me inventei absolutamente nada, “el compás de espera de la tercera caja”, iso é o que quere o Partido Socialista, o que quere o Partido Socialista en Madrid, o que quere o Sr. Blanco dende Madrid supoño que para Galicia, é dicir, para que Galicia non teña un sistema financeiro potente, forte, e que seguramente así o poidan controlar dende Madrid. Mire eu non falei do Sr. Gayoso do Partido Socialista, dixen que o Sr. Presidente do Banco de España, o Sr. Ordóñez, era un destacado militante do Partido Socialista, Secretario de Estado, Secretario de Estado co Sr. Zapatero, o Sr. Ordóñez está impulsando a reestruturación do sistema financeiro español, o Sr. Ordóñez o que quere é que de 45 caixas se transformen en 10 ou 12, a pregunta é, a pregunta é, se quere 10 ou 12 caixas e as quere el, a está impulsando el, ¿como se fai esa reestruturación Sr. González?. Mire, pois pode ser que Caja Madrid se leve a Caixa Galicia e que Caixanova se fusione a través dun SIP con estas caixas, e ¿cal é a conclusión?, que nos quedamos sen caixas en Galicia, ¿iso é o que queren vostedes?, porque queren vostedes recorrer a Lei, porque vostedes saben que o 30 de xuño termina a posibilidade de acudir ós fondos do FROB, e saben vostedes, vostedes van a publicar a lei para que pase o prazo dos cinco meses que pasarían a xullo e a partir de aí vostedes, a partir de aí, xa saben vostedes que non habería fusión en Galicia, iso é o que queren vostedes, claro que hai un Presidente da Xunta de Galicia que está dicindo que non quere que Caixa Madrid absorba a Caixa Galicia, claro que o está dicindo, porque o dixo claramente, está dicindo que quere unha fusión entre as caixas galegas, iso é o que quere o Presidente da Xunta de Galicia, é o que quere o Partido Popular, e supoño que tamén os representantes membros doutros partidos, neste caso coma o Bloque que apoian esta cuestión. Queremos un sistema financeiro galego forte, forte, e que esa fusión se poida facer igualitaria e paritaria, que os poderes de decisión desa nova caixa teñan a representación que lle corresponde a cada unha das caixas. Ou vostede se olvida, porque claro o outro día fun a unha conferencia e non sabía se dicir algo xa, porque alguén dixo que Caixanova tiña 130 anos, iso é mentira, Caixanova ten 8, 9, 10 anos, porque é produto doutra fusión onde os de Pontevedra e os de Ourense foron xenerosos con esa nova caixa, e gracias a esa fusión que se fixo no seu día, con xenerosidade incluída desta casa, de moitos dos compañeiros que están aquí, que me contan como se viviu en directo aquela cuestión, hoxe temos unha caixa forte que é Caixanova, senón se producira aquela fusión e aquela fusión se fora fóra da zona de Pontevedra hoxe non teríamos Caixanova. E Caixanova é un poder financeiro das institucións, do pobo, do pobo, non é ningún banco que fan co seu capital e co seu diñeiro o que lle dá a gana, por iso temos que decidir os que estamos aquí, para ben ou para mal, nós somos os que eliximos os representantes nas asembleas, e a asemblea, o que dixo o representante nos consellos de administración, é dicir, unha parte importante, unha parte importante da asemblea e do consello de administración está designado polas institucións, como non podía ser doutra maneira, esa é a cuestión que vostedes queren obviar. ¿Por que?, porque a vostedes este sistema non lles interesa, ó Gobernador do Banco de España non lle interesa, e ademais o dixo claro, o dixo en Vigo moi claro, van a poñerlle unha serie de condicións, mínimo a dez anos e vai a ser irreversible, así se van a transformar en bancos, en bancos, esas fusións van a ser fusións frías que se van a converter en bancos paulatinamente, e van a desaparecer as obras sociais, ese é o gran problema, e claro que en Galicia non nos podemos quedar sen ningunha das dúas caixas, claro que Caixa Madrid pode absorber a Caixa Galicia, evidentemente, ou a outra caixa, e, ¿que pasaría?, ¿cal é a alternativa de Caixanova nese momento?, se o Banco de España está dicindo que mínimo para poder xestionarse unha alianza ten que ter cincuenta mil millóns de activos, mínimo cincuenta mil millóns de activos para que se poida xestionar unha caixa ou un banco, e Caixanova estamos falando de 22.000, esa é a cuestión, é que vostedes non queren, é que esta cuestión vana a perder Sr. González, tarde, máis pronto ou máis tarde, é dicir, é unha cuestión de tempo, única e exclusivamente, porque si que hai algúns que dicimos que queremos unha fusión e unha caixa galega, e o problema é que nos vamos a quedar sen ningunha, e os únicos culpables van a ser vostedes, o Partido Socialista vai a ser culpable, tanto en Madrid como en Galicia, que en Galicia nos quedemos sen caixas e nos quedemos sen entidades financeiras galegas propias, iso é o que vai a suceder, non lle quepa ningunha dúbida, e vostede o sabe igual que nós, vostede o sabe igual que nós, e o alcalde de Vigo o sabe igual, e o alcalde de Coruña, e o de Lugo e o de Ourense, o saben perfectamente, o que pasa é que cada un xoga ó que xoga, algúns xogan a enganar, outros xogan a dicir o contrario do que di o seu compañeiro, e xeran como sempre, detrás de todo isto, se vostedes tiveran un liderazgo claro e un partido unido en Galicia, non pasaba iso, ese é o problema que teñen vostedes, vostedes están en descomposición, en descomposición en Galicia, e polo tanto cada un di o que lle dá a gana. Pero é imposible que poidan dicir o mesmo aquí que noutra cidade, porque é imposible home, Sr. González, vostedes non din o mesmo na cidade de Pontevedra, ¿que din os portavoces na cidade de Pontevedra?, ¿din o mesmo que o Sr. Caballero?, non, home non, din todo o contrario, están a 20 quilómetros, ¿pero que pasa?, que Caixanova non é unha caixa de Pontevedra, de Vigo e de Galicia. É que xa está ben coas demagoxias, home, que dicir que os do norte, os do sur teñen que salvar os do norte, e ademais o que o está dicindo o di cunha demagoxia de inmoral, porque é fillo adoptivo da cidade da Coruña. O Sr. Caballero está dicindo o que di e resulta que é fillo adoptivo, nomeado polo concello da Coruña, fillo adoptivo da cidade da Coruña, e foi candidato pola provincia da Coruña, é que non se olvidou diso aínda, non se olvidou diso, que foi candidato ó Parlamento do Estado, ó Parlamento do Estado pola provincia da Coruña, e foi nomeado fillo adoptivo da cidade da Coruña, ¿sabe por que?, por defender o aeroporto de Alvedro en detrimento do de Peinador, esa é a personaxe que vostedes teñen, esa é a personaxe que vostedes teñen, única e exclusivamente, esa é a cuestión Sr. González. Polo tanto eu creo que isto está perfectamente debatido, nós senón hai ningún tipo de alusións non vamos a intervir máis, é dicir, eu creo que está perfectamente claro, alá vostedes, alá vostedes coa súa responsabilidade, dende logo o que están facendo con Galicia non vai a ter perdón, e os cidadáns galegos son super, superintelixentes, como para saber cal é a posición de cada un. Dende logo eu creo que o teñen xa perfectamente claro. O de onte é de Xulgado de Guardia, é dicir, que haxa unha reunión e que se lle chame ós representantes dunha institución, de todos os galegos e galegas, e se lle diga que non vaian a Madrid e se van que teñen que tragar polo que eles din, iso é o que, pero, pero vamos a ver, ¿para que queren vostedes esas reunións de pacto, de consenso e de nada?, pero son goberno, gobernen, tomen as decisións que consideren oportunas, tomen as decisións. Pero como un representante do pobo galego, iso xera estupor, indignación, polo menos que vaian a esa reunión e que despois pois que lle digan o que queiran, pero cando están collendo un avión lles din que non, e se van, que lle teñen o documento xa preparado para que firmen o que queira o goberno de España. Que non, que non, que os galegos non nos arrodillamos, home, que non nos arrodillamos ante vostedes en Madrid, non nos arrodillamos, temos dignidade e temos personalidade propia, e lle vamos a demostrar ós galegos, ós que están en Madrid, e o Sr. Blanco vai a ter que dar a cara, vai a ter que dar a cara, porque é o que está manobrando detrás todas estas cuestións, ten que dar a cara, o Sr. Blanco vai a ter que dar a cara e dicirlle ós galegos que non quere unha entidade financeira galega potente, pero vai a dicilo en Vigo, vai a dicilo en Pontevedra, vai a dicilo en Ourense, en Lugo, en Coruña e en toda Galicia, porque nós dende o Partido Popular non actuamos única e exclusivamente por localismos, actuamos o que consideramos o mellor para as nosas entidades, evidentemente, e para as nosas cidades, pero tamén para o conxunto de Galicia. E os galegos, Sr. González, non nos vamos, iso non o perdoamos, os galegos non o perdoamos, tivemos que atravesar moitas cuestións de dignidade e de afrenta que se nos fixeron moitas veces, e dende logo a dignidade do galego está por riba, por riba dun socialista andaluz, andaluz, un socialista andaluz, que é o que nos ten que marcar as directrices ós galegos, vaia por Dios. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Séguense a producir intervencións por parte do público. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Eu, perdoe, vou contar por que fago estas pausas. É un defecto profesional, que se hai ruído cústame moito falar e incluso uso a … Sr. Presidente.- Vostede puido falar con normalidade e outros daquela maneira, daquela maneira, vostede sabe, vostede sabe. Daquela maneira. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, ben, ben. Eu o que digo, xa me gustaría, igual teño o oído moi sensible. Bueno, supoño que esta intervención, para pechar, eu agardo dúas cousas, dúas cousas, unha que caso de que dentro duns meses, duns anos, nos topemos nunha situación diferente, no sentido de que igual as caixas teñen uns problemas e nos quedamos sen elas, pois ese discurso incendiario se manteña e a actitude política se manteña. E unido con iso, e unido con iso, dicirlle que creo que sería relativamente fácil, pois en vez de falar de futuribles, que se hai intencións cruzadas, propósito de futuro, pois mire, o que estamos xogando agora e se nos quedan as caixas en Galicia ou non. Moi ben. Niso podemos estar todos de acordo, se mañá resulta que alguén xogou con cartas falsas e resulta que a intención era non quedar, un paso transitorio para non quedar, pois nese momento nos veríamos as caras, agora, agora dar pasos que poden potenciar que nos quedemos sen ningunha, para en aras de que no futuro se supón ou presupón certas intencións, a verdade é que é un pouco rebuscada a argumentación e con bastante pouca substancia. Nestes momentos están en perigo as caixas, están en perigo de que se marchen, conxuremos entre todos o perigo. Bueno, que mañá volve a reiterarse, pois volveremos outra vez, agora, nestes momentos, en aras de que no futuro non sei que, non me parece suficiente argumentación nin nada que se pareza. Ben, en todo caso eu creo que está suficientemente debatida e polo tanto, como, vamos, como grupo propoñente da moción pois pediría que se pasara a votar. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera, portavoz que propón a moción e que dalgunha maneira aprobamos dous grupos, quero entender. Vamos a proceder á votación da mesma co cambio do término de Galiza por Galicia, ¿non?, porque eu creo que, ese é un idioma que nos entendemos todos mellor, ¿non?, entón, si. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, este é un problema de conciencia, os dous son perfectamente legais, e entón vostedes votan Galicia e nós votamos Galiza, pero non cambiamos nada do texto porque a moción é a que é, e xa está, é un problema de conciencia, non pasa nada. Sr. Presidente.- Bueno, pero que quede clarito, non vaia a ser que nós aprobemos unha cousa que eu non estou disposto, evidentemente, a votar unha cousa que se chame Galiza, que eu non a coñezo, eu vou votar Galicia. Polo tanto o Partido Popular vai votar Galicia e apoiamos evidentemente esta proposta. ¿Votos en contra?. Partido Socialista. ¿Votos a favor?. Partido Popular co texto que inclúa Galicia e neste caso o Bloque que inclúa Galiza. Home, eu que queres. Dígame. A ver, Sr. González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, explíquenos que moción estamos votando, porque aquí na orde do día estaba presentada unha moción do BNG, e agora resulta que no momento da votación vostede introduce que hai dúas mocións, pois non, ata agora hai unha e se votará esa, punto, co voto en contra do Partido Socialista. Sr. Presidente.- O Secretario me di que é unha cuestión terminolóxica e que polo tanto que non hai ningún tipo de problema. Sr. González Iglesias.- Mire, que me enseñe, que me enseñe o Secretario o Rexistro de Entrada da outra moción que plantexa vostede. Sr. Presidente.- Sr. González, eu sei que vostede ten un difícil papel en defender esta cuestión, pero nós o temos perfectamente claro e polo tanto o Partido Popular aproba unha moción con ese mesmo texto coa incorporación da palabra, evidentemente Galicia e non Galiza, e se vostede o entende, ben, perfectamente, e senón … Sr. González Iglesias.- Me está dicindo que lle está facendo unha emenda á moción do BNG. Sr. Presidente.- Exactamente, nesa palabra. Sr. González Iglesias.- Entendido. Sr. Presidente.- O texto é exactamente igual. Sr. González Iglesias.- A alianza rompeuse pronto. Sr. Presidente.- Bueno, tranquilo, o importante é o fondo da cuestión. Adiante. Sr. Secretario. Siguiente. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e co voto en contra do PSdeG-PSOE, aprobar a Moción do Bloque Nacionalista Galego sobre a adhesión ó Manifesto “Galiza ten dereito”, manifestando o Grupo Popular que se utilice a denominación “Galicia” en vez de “Galiza”. Dita Moción é como segue: “O abaixo asinante, Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, voceiro do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego na Deputación Provincial de Pontevedra, presenta a seguinte Moción para a súa consideración polo Pleno EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Nestes momentos estamos a asistir a un proceso de reordenación do sistema bancario, impulsado polo Banco de España e o Goberno central, que conleva o risco de que Galiza perda as súas caixas de aforro, coa deslocalización dos seus centros de decisión, e que as mesmas se transformen en entidades financeiras privadas. O acordo do Goberno central de recurrir á Lei de Caixas de Galiza supón un ataque ao autogoberno do noso país e pode colocar ás caixas nunha situación idónea para que sexan absorbidas por entidades foráneas. Dada a gravidade da situación exposta, o grupo provincial do Bloque Nacionalista Galego, propón ao Pleno da Corporación o seguinte acordo de adhesión ao Manifesto “Galiza ten dereito”, que se adxunta como anexo da presente moción. ACORDO 1.- Adherirse ó manifesto GALIZA TEN DEREITO. 2.- Dar traslado do presente acordo aos grupos parlamentarios do Parlamento galego, á Xunta de Galiza e ao Goberno do Estado.” E, dito Manifesto é como segue: MANIFESTO “GALIZA TEN DEREITO” “Estamos asistindo a un proceso de reordenación bancaria, impulsado polo Banco de España e o goberno central, que conleva o risco de que Galiza perda as súas caixas de aforro pola deslocalización dos seus centros de decisión, e que estas entidades de carácter social se transformen en entidades financeiras privadas. Fronte a este risco, as institucións galegas de autogoberno reaxiron. O Parlamento galego adoptou por unanimidade o acordo de establecer como prioridade o mantemento da galeguidade das caixas, a súa solvencia, e a necesidade de tramitar por urxencia a reforma da Lei galega de Caixas. O Parlamento de Galiza aprobou por ampla maioría unha reforma da Lei de Caixas que democratiza estas institucións, fai a súa xestión máis transparente, reforza as facultades de autogoberno para defender o sistema financeiro propio e supervisar a actuación das caixas, e que garante que estas entidades sexan efectivamente alavancas de desenvolvemento da economía produtiva do País. A resposta do Goberno central a este acto de afirmación do autogoberno galego non pode ser máis desalentadora; presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Galiza que conleva a paralización da súa aplicación nun momento decisivo, o que pode colocalas na situación idónea para que sexan absorbidas por entidades foráneas. Sen a fusión das dúas caixas galegas, Galiza ficaría sen sistema financeiro propio, perdendo un dos principais instrumentos para o seu desenvolvemento económico. Conscientes da gravidade da situación, manifestamos: 1.-Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo do País, regulado polo seu Parlamento, como expresión do autogoberno. É vital, por tanto, preservar a Lei de Caixas de Galiza. 2.-Galiza ten dereito a que o Estado respecte o autogoberno galego. Que non nos dean tratamento de autonomía de segunda, cuestionando a constitucionalidade da lei galega, senón se fixo coa vasca, a catalá ou a andaluza. ¿Por que se recorre a nosa e non a deses outros territorios? O Goberno central debe reconsiderar o asunto e aceptar que as institucións galegas de autogoberno, dentro do marco competencial vixente, teñen capacidade para dotarnos do marco xurídico que se considere máis acaído para defender os intereses de todas as galegas e galegos, como ordena o Estatuto de Autonomía de Galiza. 3.-Galiza ten dereito a propiciar a fusión das súas caixas. O goberno central tamén debe aceptar que as institucións galegas teñen tanto dereito como as de calquera outra Comunidade Autónoma para impulsar unha fusión dentro do país, cando se cumpren as mesmas condicións. Galiza ten dereito a preservar e garantir a galeguidade das caixas galegas coa súa fusión. Unha fusión paritaria, da que xurda unha Caixa solvente como mellor garantía para os seus traballadores, os impositores e todas e todos os galegos. Está en xogo boa parte do noso futuro, a dignidade do noso autogoberno e perto de 80.000 millóns de euros en activos, isto é, a maior parte do aforro das galegas e dos galegos. Está en xogo que ese aforro se invista aquí ou se desvíe cara a financiar o desenvolvemento doutros territorios. Galiza debe defender o seu. Ten dereito.” 9.5919.- MOCIÓN DO PSdeG-PSOE EN RELACIÓN CON TAXA POLA DESINFECCIÓN DOS TRANSPORTES GANDEIROS Sr. Presidente.- Moción do Partido Socialista en relación con taxa de desinfección dos transportes gandeiros. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Dende a toma de posesión de Núñez Feijoo vimos asistindo a un discurso, dende a Xunta de Galicia, de enfrontamento co goberno central en temas vinculados co sector agrícola. Dende a Xunta e o Partido Popular vénse reclamando ó goberno central unha actitude máis decidida coa Unión Europea, ó considerala culpable de todos os males que afectan ó sector agrícola galego. O sector vén arrastrando unha serie de problemas derivados sobre todo polos prezos da leite, que na súa baixa fan que as explotacións gandeiras galegas non sexan competitivas. Pero dende a Xunta de Galicia vimos como nos últimos meses estanse adoptando unha serie de medidas que afogan aínda máis ó sector galego, e sobre todo ó pontevedrés. Así primeiro foi a posta en vigor dunhas taxas para uso da lonxa de Silleda, que ante o clamor das asociacións gandeiras, os sindicatos e a denuncia do Partido Socialista, a Xunta tivo que reducilas ó ser inasumibles para os gandeiros da provincia. Agora a Xunta e o PP volve a anunciar a aplicación dunha nova taxa pola desinfección dos vehículos usados para transporte do gando, unha nova medida adoptada unilateralmente por Medio Rural sen o consenso do sector. A provincia de Pontevedra ten na comarca do Deza ó sector gandeiro como motor económico e o Partido Popular non pode por un lado falar da defensa do sector e por outro poñer novas taxas a un sector en situación crítica. Non parece normal que agora se impoña o cobro de entre seis e vinte e cinco euros, dependendo do tamaño do vehículo, ós gandeiros, cando este servizo vense dando de xeito gratuito dende o ano 2001. Esta actuación unilateral da Xunta vén a demostrar o seu afán recadatorio e o pouco interese polo sector gandeiro da provincia de Pontevedra. Por todo o exposto con anterioridade, presento ó Pleno a seguinte moción: Primeiro: que o Pleno da Deputación rexeite a imposición dunha nova taxa pola desinfección dos transportes gandeiros; e segundo, que se dirixa ó Presidente da Xunta para esixir a retirada desta taxa e que siga manténdose de xeito gratuito. Ben, o outro día na Comisión, é dicir, esta moción xa veu ó Pleno pasado, no Pleno pasado o Partido Popular considerou que non era de urxencia e votou en contra da urxencia, e a semana pasada ditaminouse en comisión, loxicamente cos votos en contra do Partido Popular, polo tanto foi rexeitada en Comisión. Nós en Comisión ante a posición do Sr. Crespo, que defendeu a postura do Partido Popular na Comisión, plantexámoslle unha alternativa, e agora podemos facela incluso con números enriba da Mesa. Miren, isto, todo o proceso de desinfección en toda Galicia vén a custar da orde de 850.000 euros aproximadamente. A Xunta está asumindo deses 850 aproximadamente 300 mil euros. Se iso o levamos soamente á provincia de Pontevedra, estamos falando ou discutindo da orde 250.000 euros aproximadamente. Polo tanto, polo tanto, e para salvar o plantexamento que facía o outro día o Sr. Crespo en Comisión, o outro día o Sr. Crespo en Comisión nos dicía que dada a situación de crisis as administracións non teñen cartos, por iso aparece esta taxa, porque, volvo a recordar, é unha taxa que dende o 2001 ata agora nunca se cobrou, asumíao directamente a Xunta de Galicia. Ben, pois digamos que para casar esas dúas cuestións e a contradición, digo, o que plantexaba o Sr. Crespo, e a contradición co que mantén o Partido Popular en todas as administracións. O Partido Popular alí onde non goberna está mantendo en todas partes que hai que ir a unha rebaixa de impostos, entón eu ofértolles unha saída para que casen esa diverxencia que teñen entre as dúas posicións, e a saída é, volvo a repetir, na provincia de Pontevedra estamos falando de aproximadamente 250.000 euros, e sería que os asumira a Deputación de Pontevedra, con iso estaría o tema solventado, non estaríamos prexudicando a un sector que está en crisis agora mesmo, e entendo que todos quedaríamos contentos con este tema. Nada máis por agora. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Sr. Crespo, ten vostede a palabra. Non vai a intervir o partido do Bloque Nacionalista Galego. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, moi bos días a todos. Hai anos cando había moitos curas, unha parte eran máis vocacionais que outros, os que quedan agora son totalmente vocacionais, por razóns obvias, pero antes pois cada casa que se preciara debía ter un cura e algúns pois non tiñan tanta vocación, entón naquela época algún cura que cometía algunha que outra tropelía dicía “facede o que eu digo e non o que eu fago”, e vostedes aquí o Partido Socialista na Deputación, están aplicando iso a rajatabla, “facede o que eu digo e non o que eu fago”. ¿Por que lle digo iso?, porque mire, o único sitio onde non se cobraban as taxas era precisamente na Xunta de Galicia, os dous mercados máis potentes, e case podían ser exclusivos, pero bueno, os dous máis importantes con moito, son Amio, no concello de Santiago, e Silleda, no concello de Silleda, na Semana Verde, perdón. Bueno, pois, resulta que eran os únicos que non se cobraban estas taxas, pero Amio, que eu sepa o concello de Amio leva, o concello de Amio non, o concello de Santiago, leva moitos anos rexindo alí o Partido Socialista, está cobrando unha taxa, e preocupeime de traer, axenciar un recibo dun camión de Lalín que vai alí pois todos os días que hai mercado, vai a Silleda pero tamén vai alí, porque as reses que van a Santiago son reses de todo Galicia e as que van a Silleda tamén son reses de todo Galicia, doutro tipo pero tamén son de todo Galicia, os dous mercados teñen algo similar nese sentido de que abranguen todo o territorio galego. Pois este camión que levaba tres reses de vacún maior, unha res de vacún mediano e vintesete becerros, tivo que pagar 58,90 euros, 55,5 total e de IVE 3,85, total 58 euros. As taxas da Semana Verde, as taxas do centro de desinfección da Xunta, non da Semana Verde, senón do que hai en Lalín e do que hai en Golada e algún outro máis que hai por aí, supoñen un 40% menos que isto, porque o paga a Xunta de Galicia, é dicir, as taxas de Amio están razoablemente recortadas no que toca á Xunta. Entón mire, nas Comunidades Autónomas colindantes, Asturias, Castela-León, e outras que non son colindantes, pero igualmente gandeiras, como é Cantabria, levan con esta taxa implantada dende hai moito tempo. E mire D. Emilio, non é un imposto, vostede sabe diferenciar perfectamente iso, é unha taxa, e as taxas trátase polo menos de que cubran os custos, neste caso non cobren os custos, neste caso queda un déficit dun 40,5%, que o asume a Xunta de Galicia. Home, eu creo que é razoable poñer, iso que non se cobrou, de acordo, que o momento non é o mellor, de acordo, pero que hai que cobrar tamén é certo, porque o que non pode ser é levar de carencia, ¿cantos anos?, dende que se puxeron os centros de desinfección, debe haber doce ou trece anos, puxéronse na época gobernando a Xunta Fraga, logo, durante o bipartito seguiu o mesmo, e agora pois toca cambiar precisamente porque toca abrocharse o cinto. Que o asuma esta casa, home, mire, esta casa cando eu observo que nos fondos do Estado, dende o ano 2008-2010 creo que perdemos a frioleira de 30.000.000 de euros, gracias á magnífica xestión estatal con respecto ás corporacións locais, se esta casa pois perde 30.000.000 de euros só de participación de ingresos do Estado, pois xa me dirá, home, claro que podemos facerlle fronte a iso e deixar de facer outras cousas, por suposto, non hai máis cera que a que arde. Polo tanto, eu creo que en primeiro lugar esta non é unha taxa directa para os gandeiros senón que é basicamente para os tratantes, porque vostedes teñen algunha inexactitude na moción, porque o que está ocorrendo, o que vai ocorrer, perdón, é que o gandeiro normal, que leva o seu becerro, porque se vai o tratante efectivamente ten que pagar polo camión, de acordo coas reses que leve, etc., pero se vai o gandeiro e, por certo, ten que desinfectar o camión, porque o prezo de desinfección, porque a desinfección é obrigatoria, é unha norma do goberno central, pero se o leva el lavado, como é habitual, e ten que el desinfectalo, cústalle un euro, é que desinfectar un carrito que leve reses individuais de gandeiros custa un euro, así que non me diga que iso é unha cantidade non asumible. E senón o quere desinfectar, e non o quere lavar, e llo lavan alí, custa 3 euros, pero o normal é que o lave na súa casa, falo de gandeiros individuais. E cando van xa tratantes, pois realmente quen o ten que pagar é o tratante, e a cantidade, pois, é inferior ó que se está pagando en Amio. Entón, se vostedes, que rixe o seu grupo político o concello de Santiago, poden cobrar estas taxas e a Xunta nas pode cobrar, que alguén mo explique, porque o mercado de Amio e o mercado de Silleda son similares. Polo tanto, eu creo que nese aspecto hai que ser serios, porque a Xunta xa se está mollando asumindo o 40,5% do custo global, iso significa que lle vai aforrar unha cantidade importante no global destas taxas, e logo pois bueno, nós hai outros mecanismos que dende esta casa poñíamos en marcha D. Emilio, eu recordo un deles, e é que sabe que a maioría do gando vacún, a maioría non, case a exclusividade do gando vacún desta provincia, atópase na zona norte, nas dúas comarcas de Deza-Tabeirós-Montes, ben, pois nós fixemos unha proposta un día para bonificar ós gandeiros da provincia de Pontevedra, o prezo público establecido nas mostras que se fan no Laboratorio de Mouriscade para o ano 2010, e recórdolle que unha vez exposto, di así a acta, brevemente o seu contido, ditamínase favorablemente a proposta de bonificación ós gandeiros da provincia de Pontevedra, do prezo público establecido para as mostras de Mouriscade durante o ano 2010, cos votos a favor do Grupo Popular e as abstencións do Grupo PSOE e BNG. Ou sexa, que eu sepa quen analiza os pensos e máis quen analiza os problemas leiteiros alí en Mouriscade son gandeiros, e dende esta casa ós que están a través de cooperativas xa non se lle cobra a mostra que se lle fai en Mouriscade. Vostedes aí non tiveron tanta sensibilidade, de feito abstivéronse, puideron votar a favor e abstivéronse, e aquí teño unha copia da acta. Polo tanto, non fagan demagoxia, acusaba vostede D. Emilio a Chema Figueroa de ser un demagogo, e eu creo que a demagoxia é precisamente iso, na túa casa facer o que che peta e ós demais dicirlle o que teñen que facer, porque cando lle quere, eu se quere facemos unha cousa, propoñemos aquí que as taxas sexan exactamente iguais que as de Amio, ¿iguais que as de Amio?, é as que ten o concello de Santiago, os coches desinféctanse exactamente igual, os coches lávanse exactamente igual, fáiselle o mesmo servizo, polo tanto a taxa debía ser igual, sobre todo cando hai unha taxa de vello establecida, pois poñer unha superior non, pero, debía ser a mesma. Polo tanto, se a taxa vai a quedar máis ou menos por debaixo da de Santiago, creo que é unha taxa razoable e que nós vamos a defender que se cobre porque non queda outro remedio. Xa así fixemos nalgúns dos concellos do Deza con esta mesma moción que presentou alí o Partido Socialista. Polo tanto, se lles preocupa tanto cando propoñemos bonificacións en analíticas de Mouriscade, pois voten a favor e non se absteñan. E logo pois, eu creo que aínda que os momentos son delicados para todos, porque a crisis aféctalle a todo o mundo e os gandeiros xa nunca saíron da crisis, polo tanto, non lle afecta moito máis porque xa nunca saíron dela, e como xa nunca saíron dela, nin van a saír, porque ademais o que se aveciña non é precisamente algo suculento para eles, senón máis ben todo o contrario, se se liberan as cotas no ano 2013-14, vanos inundar os nosos veciños de leite a as explotacións que hai na provincia de Pontevedra, e realmente en Galicia en xeral, pero na provincia de Pontevedra vano a pasar mal. Polo tanto, creo que esta taxa, primeiro, non é unha taxa que prexudique ós gandeiros senón que non prexudica, senón que grava un servizo que se lle fai basicamente ós tratantes, e o gandeiro se vai el en por si, sen ir a través dun tratante, e leva o seu becerro, pois cústalle un euro a desinfección, por certo, cústalle un euro unha desinfección obrigatoria que impuxo o goberno central. Entón dicir que imos votar en contra, obviamente. Sr. Presidente.- Sr. González. Sr. González Iglesias.- Bueno, Sr. Crespo, só faltaba por escoitar que ó final a culpa debe ser do goberno central por ter esa norma que obriga a desinfectar, faltaba por oír iso. Mire, Sr. Crespo, eu acabo de enterarme, acabo de enterarme que a Deputación de Pontevedra hoxe, a partir de hoxe polo menos, ten competencias sobre temas do concello de Santiago ou de Amio, acabo de enterarme agora mesmo. É dicir, mire, eu presento unha moción, eu presento unha moción na Deputación de Pontevedra, plantéxolle unha saída ó tema, dígolle que o asuman vostedes, estoulle dicindo que o asuman vostedes, e vostede me contesta dicindo que nós somos menos sensibles porque nos abstivemos nunha ocasión co tema de Mouriscade. Mire, eu plantéxolle o mesmo, sexan tan pouco sensibles como nós, abstéñanse e xa está, tema solventado, tema solventado, pasarían a non pagar. Mire, falando de demagoxia, a ver, os tratantes que van a pagar ¿a quen llo van a repercutir?, Sr. Crespo, ¿a quen llo van a repercutir ó final?, ós gandeiros, ou sexa que, non diga que non, son os tratantes, os gandeiros non, vanlle repercutir ós gandeiros e sabémolo vostede e eu, sabémolo todos este tema. E o que estamos discutindo aquí agora, o que estamos discutindo aquí agora, é, non é que no concello de Santiago se lle leva cobrando dende que se empezou, que iso é certo, pero é outro tema e é o concello de Santiago, estamos falando da provincia de Pontevedra, e na provincia de Pontevedra ata agora non se cobrou nunca, e o que estamos plantexando é, nun momento de crisis que non se cobre, e se a Xunta interactivamente ten que cobrar porque ten un problema deficitario senón cobra, saída alternativa, estamos falando de 250.000 euros, por Dios, non estamos falando de grandes cantidades, póñaos a Deputación de Pontevedra, transitoriamente, mentres a crisis non pasa, transitoriamente. E mire, Sr. Crespo, eu estou farto de escoitarlle a vostede as tonterías que di cos temas da financiación local, e quero recordarlle por última vez de que data é a Lei de facendas locais, a reforma da Lei de facendas locais, dígame, porque é da época onde vostedes gobernaban, Sr. Crespo, é desa época, e se está aplicando a Lei, e aplicando a Lei pasa o que pasa, baixan os ingresos do Estado e baixan os dos concellos, e non se pode actuar con demagoxia Sr. Crespo, como vostede está facendo sistemáticamente, e é máis, non só con demagoxia, senón facendo unhas declaracións públicas como as que fixo o outro día, cando se está aproveitando vostede de información privilexiada, cando vostede sabe, sabe, que se está negociando coa Federación de Municipios, co goberno do Estado, non o tema que vostede plantexaba do IVA, senón algo parecido, e chega aquí e fai uso desa información privilexiada, porque no final, no fondo de toda esta cuestión, Sr. Crespo, só hai unha cousa, que é que vostedes utilizan as institucións como sempre o fixeron, e os acusei durante catro anos de facelo e agora ségueno facendo, como as utilizan, e as utilizan en contra de, punto, ese é o tema, fixérono durante catro anos co goberno da Xunta de Galicia, e agora tratan de facelo dalgún xeito co goberno de Madrid. Iso é así, Sr. Crespo, iso é así, e lle acuso outra vez máis, llo digo, vostede está utilizando información privilexiada que ten como membro da Federación Española de Municipios, e chega aquí e quere montarse unha película, chamar ós alcaldes para dicirlle que esa é unha proposta de vostede, cando en realidade está escoitando a proposta, Sr. Crespo, esa é a realidade do que fai vostede cando fai declaracións públicas con cuestións deste tipo. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Debeulle doer, D. Emilio, porque eu non quería poñelo tan irascible, non é a miña intención, dende logo, e se me coñecera sabe que non é a miña intención, ademais voulle dicir unha cousa, eu estou na executiva da Federación Española de Municipios e Provincias, e levamos sen asistir máis dun ano á mesma, o cal non quere dicir que eu estea moito de acordo, ó mellor, pero que levamos sen asistir. Simplemente que, eu cando o vin tan alarmante, que ó concello meu lle faltaban tantos cartos da participación de ingresos do Estado, que lle faltaba un 25% con respecto a hai dous anos, quixen averiguar que pasaba nos outros, primeiro preguntei ós do Deza, e dixéronmo, e logo preguntámoslle ó Ministerio e dixéronme o resto da provincia, e as cifras son tremendamente alarmantes, e vostede en Redondela non pense que sae mellor parado que nós en Lalín, bueno, pero non diga que iso que é un problema, o problema é que sempre a Administración Local quedou para mellor ocasión, e o financiamento local é algo que nunca quixemos tratar e a realidade é a que é, e a realidade sabe vostede que nos dan uns plans fantásticos, que son o Plan E e despois con outra man nolo quitan, porque, si, si. Pero vamos a ver, eses dez mil millóns que se puxeron no ano 2008 e os cinco mil que se puxeron no ano 2009, se se puxeran para repartir con cargo ó PIE, a participación de ingresos do Estado, outro galo nos cantaría, porque podíamos facer igual inversións pero podíamos sanear realmente os concellos e agora os concellos estaríamos ben e así estamos de capa caída, porque cando se crean novas infraestruturas con Plan E, ó final é máis gasto corrente, porque se ti fas un pavillón, e vostede vai facer unha piscina polo que vexo, pois iso vaille a xerar un gasto corrente tremendo, de enerxía, e á parte de outras cousas, de persoal e de enerxía, polo tanto lexos de solucionarlle o problema vaille crear outro problema. Pero iso é fariña doutro costal, que discutiremos se queren noutros momentos. Eu simplemente se algo non quero, precisamente, é facer loita partidista diso, porque senón non damos conseguido nada, e o que pretendo é que entre a Federación Española de Municipios e Provincias, a Federación Galega de Municipios e Provincias, e os que queiran sumarse, as Deputacións que queiran sumarse, intentar buscar unha solución entre todos que nos palíe ese déficit tremendo que imos ter, porque ademais vostede sabe que o 2010 é preocupante, o 2011 pode ser catastrófico, porque nos van detraer, a liquidación do ano 2007 é negativa, a do 2008 é supernegativa, e a do 2009 xa non ten nome, polo tanto vanos a detraer, aínda que se vai prorratear no ano 2011, 2012 e 2013, e 2014, pois vánnolo quitar do lombo igual. Quero dicir que o problema do financiamento local é un tema serio que temos que abordar, pero non o vamos abordar hoxe aquí cunha moción de Silleda, bueno, neste caso de Silleda non senón das centrales, pero cando queira, eu, non se preocupe, que a abordamos cando queira, e non me diga que eu minto porque eu dou datos, polo tanto, e non me diga que utilizo información privilexiada da Federación a que pertenzo, primeiro, porque se eu estou na Federación, como representación de concellos galegos por parte do meu partido, igual que está o Sr. Caballero, por certo, que o deixan falar bastante pouco, con representación do Partido Socialista, somos os dous que estamos na executiva de Madrid, na executiva da FEMP está o Sr. Caballero e máis eu, un polo Partido Socialista e outro polo Partido Popular. Ben, pois mire unha cousa, cando estamos alí a información que temos é para utilizar, ou, ¿é que é secreta a caso?, alí non estamos debatendo nada secreto, alí é a información que temos, faltaría máis. En definitiva, que falaremos de financiamento e ó mellor si que o temos que traer ó Pleno que vén, pero non se preocupe que eu intentarei, se é posible, e así o determina o grupo de goberno desta casa, de que o que veña aquí poida vir pactado polos tres grupos políticos, senón se cadra é mellor non traelo, porque ó mellor para salvar ós concellos, ten que implicarse o goberno autónomo, porque os gobernos autónomos sempre queren máis, sempre queren máis, e nunca nos queren deixar nada para os concellos, todos, e ó mellor tense que implicar máis o goberno autónomo, e ten que implicarse o goberno central, pero sobre todo o central, e ó mellor en vez de crear tantos Planes E, que son fantásticos dende o punto de vista de venda de fume, ó mellor hai que facer a mesma cantidade que o Plan E, a mesma cantidade que o Plan E, pero que nolo metan por ese concepto de participación dos ingresos do Estado, e así, si que nos alivian as costas, e así si que hai que aplaudilo, porque mire, estes dous Planes E, se nolos meteran polo concepto de participación de ingresos do Estado, coa mesma porcentaxe que nos están metendo, asegúrolle, que se nos dixeran o 50% para obras e o 50% para pago a provedores que están sen pagar, hoxe estaban os concellos de España case todos saneados, e así estamos coa xoga ó cuello, e vostede sábeo. Polo tanto, se con algo non quero facer demagoxia é con iso, eu chamareino a vostede, se o Presidente me autoriza, para intentar pactar algo para que todas as administracións veñan en socorro da administración local, porque senón, xa non vai haber que discutir de fusións, nin de interaccións, nin de nada, porque non vai quedar nin por onde atar, e vostedes sábeno, e moitos concellos van ter grandes problemas de pago de nóminas, e moitos concellos van ter graves problemas de pago de nóminas, sobre todo os máis pequenos que tiñan catro ou cinco nóminas e que as pagaban coa participación de ingresos do Estado, e senón os teñen onde os pagan, impostos non hai, taxas tampouco. Pero en todo caso, pasando ó tema que nos ocupa que é a moción de Silleda, verán, eu creo que o prezo é inferior, que era o prezo inferior a Asturias, o prezo inferior a Castilla-León, o prezo inferior, que era menos prezo que calquera das Comunidades Autónomas que son gandeiras, como Cantabria, Asturias, e incluso Amio que é na propia comunidade autónoma de Santiago. Creo que os tratantes, claro que llo poden repercutir, pero os tratantes pódenllo repercutir, pero é como se me di vostede, cando o supermercado baixa o leite ¿repercútelle ó gandeiro?, en parte pódelle repercutir ou pode deixar de gañar tanto, porque sabe que é o grande problema, é dicir, o tratante claro que llo pode repercutir ó gandeiro, pero o normal é que diga, bueno, pois eu repercútolle media peseta e deixo de gañar eu outra media, polo tanto, a repercusión xa non vai ser directa sobre o gandeiro. En todo caso o servizo, sabe vostede, que hai que pagalo, había concellos, D. Emilio, que ata hai pouco non cobraban nin o lixo e algúns non cobraban nin a auga, e hoxe cóbrano todos, e politicamente o que non a está cobrando, cando se pon a cobralo, normalmente, á xente non lle gusta, porque o problema é que como en Galicia temos ese defecto, porque é un defecto, de querer cobrar poucas taxas, por iso temos o nivel impositivo máis baixo de España e así nos vai, porque onde gobernamos a oposición se nos vota á xugular cada vez que queremos subir unha taxa ou un imposto, e como non temos a madurez suficiente que hai que ter en política para que os tres partidos pactemos unhas taxas de acordo co volume, unhas taxas e uns impostos que dean suficiencia financeira ós concellos, de acordo cuns criterios totalmente obxectivos, como non temos o que hai que ter para facer iso, porque aínda debemos ter acné xuvenil, pois, por iso nos pasa, que as nosas economías están mal treitas e cada paso estarán peor, porque cada vez que un alcalde quere subir unha taxa e poñela, polo menos igualala ó que lle custa, a oposición sexa da cor que sexa pon o grito no ceo e non llo deixa facer ou senón móntalle unha movida cidadana que para que. E iso é culpa nosa, dos que estamos aquí e dos que están no Parlamento e noutros sitios, é culpa do PP, do PSOE e do BNG, entón cando maduremos ó mellor podemos arranxar estes temas. Mentres tanto cada un que faga a súa política e así nos irá. Remato dicindo que a financiación hai que buscala para estes centros de desinfección, a Xunta vai correr co 40,5%, que era inferior ás comunidades limítrofes, e creo que é unha situación razoable. Pero, non nos acusen ó Partido Popular de quererlle facer dano ós gandeiros da provincia de Pontevedra, porque durante o bipartito, a Semana Verde, quixérona, practicamente non puxeron un duro, practicamente non puxeron un duro, tivo que chegar o Partido Popular e inxectarlle dende a Xunta de Galicia, e máis, dende esta casa un millón e pico de euros porque senón ía ó tacho, porque durante a época bipartita con Maril quixeron defenestrar a Maril, e non se lles ocorreu outra cousa mellor que cortar o árbol para pillar o mono, e ó final é certo que se cargaron a Maril, e non me entenda mal que non lle estou chamando mono a Maril, pero é unha expresión, di “cortar o árbol para pillar o mono”, bueno, neste caso déronlle tanta zapatilla a Maril que case se cargan a Semana Verde. Entón, cando chegou o Partido Popular ó poder houbo que instrumentalizar un millón e pico de euros para salvala, e claro, hai un plan de viabilidade, que o estamos executando agora, que é o que fixo Méndez Romeo, e que nós subscribímolo, porque é un plan obxectivo, é un plan que nos parece razoable, e agora cando queremos poñer en práctica o plan que propuxo Méndez Romeu, por certo, co meu voto a favor estando representando a esta casa, porque me parecía razoable, agora resulta que non se pode facer, oiga, é que para que a Semana Verde a salvemos hai que ter un plan de viabilidade e hai que cumprilo, e para cumprilo hai que cobrar certas cousas, como no seu momento cobramos as taxas por utilizar a lonxa, que non se cobraban e que era unha cousa ilóxica de todo. Polo tanto, sexamos razoables, eu creo que aquí estamos sendo prudentes, a Xunta paga unha parte e outra parte que a paguen os tratantes que é o que parece máis lóxico. Pola miña parte eu rematei Presidente. Sr. Presidente.- Pois, D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Agora. A ver, Sr. Crespo, a verdade é que vostede é un mar de contradicións, fala tanto que se contradice, é curioso. Na primeira intervención di que vostede non ía ás xuntanzas da Federación Española de Municipios, nesta di que vai o Sr. Caballero e vostede, e que por certo, o Sr. Caballero fala moito e non deixa intervir ós demais, xa, sigo, sigo. Por outro lado, a ver, eu, de verdade, a inquina que lle teñen os alcaldes do Partido Popular ó Plan E non a entendo, non a entendo, claro, din, non vale para nada, e por riba non se mira nada, e por riba de non valer e de non mirarse nada resulta que é prexudicial, pregunta Sr. Crespo, ¿por que vostede utiliza os cartos do Plan E para Lalín, se vai a ser prexudicial?. Claro, se eu, algo é prexudicial para o meu concello non os utilizo, déixoos aí, “aparta de min ese cáliz”, por Dios, home, Sr. Crespo, de verdade que hai cuestións que non se sosteñen. E por certo, cando empeza vostede a súa intervención falando de que as vocacións dos curas, que agora todos os curas teñen vocación, supoño que non serán todos, supoño que non serán todos, o de internet do outro día non debe ser, ou sexa, excepcións debe haber, Sr. Crespo, dígolle eu que excepcións debe haber. Mire, para entrar no fondo da cuestión, para entrar no fondo da cuestión, vamos a ver, se eu non lle estou discutindo para nada que se leve adiante o plan de viabilidade, lle estou dando unha alternativa, lle estou dicindo, mire, estamos discutindo de douscentos cincuenta mil euros aproximadamente, ponos a Deputación de Pontevedra mentres persista esta situación de crisis, non dixen que fora para sempre, dixen mentres haxa esta situación de crisis que poña a Deputación eses douscentos cincuenta mil euros, creo que é bastante simple, é dicir, miren, de verdade, que se están poñendo nesta casa bastantes máis cartos para cousas menos importantes, pero moito menos importantes, non estamos falando de nada extraordinario, para nada en absoluto. Polo tanto, Sr. Crespo, mire, nós vamos a manter a moción, xa lle digo, ofertamos unha saída que é esta, é dicir, ben, se a Xunta non pode retirar as taxas que se faga cargo a Deputación, repito, estamos falando de 250.000 euros, non estamos falando de grandes cantidades, estamos falando de algo que pode facer fronte perfectamente a Deputación. E para rematar, non con respecto ó punto senón a alusión que facía vostede da financiación dos concellos. Mire, Sr. Crespo, eu xa o dixen en dous Plenos máis e vou a repetilo no terceiro e en todos nos que se plantexe este tema. Me parece, me parece, que nunha situación de crisis, se hai concellos que o están pasando mal, hai que axudarlles, pero ollo, hai que axudarlles con corresponsabilidade por parte dos concellos. O que non pode ser é que se premie ós malos xestores, o que non pode ser, é que quen ata agora non cobrara taxas ou as cobrara moi baixas, non fixera xestión, e vivira das subvencións, resulta que agora ademais se lle deran os cartos para pagarlle ós funcionarios, non. Repítolle, hai que definir, primeiro, ¿cales son as razóns polas que determinados concellos están nesa situación e outros non?, e despois a partir de aí un tema de corresponsabilidade fiscal de todos. Vostede dicía un gran acordo, non, pero mire, aquí o gran acordo xa está, é dicir, cada un no seu concello é responsable, e é responsable do final tamén, entón se a maioría están cobrando unhas taxas determinadas, e unha minoría non as estaban cobrando e agora teñen problemas, pois querido amigo, axuda si, pero coa responsabilidade por parte dos concellos, que ata agora non se veu nalgúns deles, por iso estamos na situación que estamos. A outros claro que nos baixou a aportación do Estado, por suposto que si, pero resulta que non estamos dicindo que non podíamos pagar as nóminas aínda, entón, quen está dicindo iso que asuma como estivo gobernando e a partir de aí todos de acordo. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio González. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, eu creo, que practicamente, que está todo dito. D. Emilio, soamente recordarlle que nós non lle temos inquina ó Plan E, e di vostede por que gasto o do Plan E, porque senón pérdoo, pero eu se me deran a escoller entre, vamos a ver, eu o que dixen é que se o Plan E, os quince mil millóns de euros, nolos deran ós concellos prorrateados, co mesmo criterio que repartiron o Plan E, outro galo nos cantaría, porque houberan saneado as economías locais de toda España, e houbéramos feito obras, case as mesmas, se cadra as mesmas non, pero a metade, e houberan sido suficientes, ó mellor. Polo tanto, o problema é que ó final, eu o que digo, é que o Plan E ten rabo, porque como cartos hai os que hai, o Estado non dá habilitado máis cartos, conforme son quince mil millóns polo Plan E, se habilitara quince mil millóns para suplementar a participación do ingreso do Estado, houbera sido moito máis satisfactorio, é o que digo eu, non estou criticando que non utilicemos o Plan E, claro que o utilizamos, e canto máis nos deran mellor, por favor, ogallá, o problema ¿é que sabe que é?, o problema é, que o que perde por exemplo Lalín, o que perde Lalín na participación dos ingresos do Estado do 2008 con respecto ós do 2010, eu en cinco anos recupero o Plan E, en catro anos, Lalín en catro ou cinco anos recupera o Plan E, e entón di, ¡oiga!, eu prefería os mesmos cartos noutro plan distinto ó Plan E, ¿por que?, porque me houbera saneado o concello, e gracias a Dios non o teño mal, por certo, teño un endeudamento bastante, razoablemente pequeno, creo que dos menos de Galicia, pero houbera saneado o que debo e encima houbera feito obras, e como nós, todos os concellos. Entón eu o que critico é iso, non critico que nos dean o Plan E, canto máis nos dean mellor, o problema é que tíñamos que manter, a Xunta de Galicia, a Xunta de Galicia a participación que nos dá ós concellos no ano 2010 mantivo a 2009 e a do 2008, nós vamos a cobrar na Xunta de Galicia o mesmo, o mesmo que o 2008 e que o 2009, polo tanto, ¡oe!, polo menos mantivo, non nos baixaron unha proporción, nin sequera un céntimo, e a do Estado si que nos baixa, pero é que nos baixa moito máis do que pensábamos, pero ademais non é só o que pensábamos, é que a maiores, aínda hai a liquidación que é negativa, que pode ser catastrófico, e non me diga porque é que non cobran “quítame de aí esas pallas”, non todos os concellos son como Redondela, D. Emilio, non teñen vinte e pico mil habitantes. Os concellos que teñen 5 ou 6 mil habitantes, ou 3.000 ou 2.000, por exemplo Cerdedo perde 73 euros por habitante dende o 2008 ó 2009, 73 euros por habitantes, que é dos que máis perde, e Dozón, bueno Dozón aínda perde máis, pero 73 euros por habitante, e iso é o que non é de recibo, polo tanto eu o que digo é que temos que chegar a un pacto de Estado para arranxar o financiación local, porque senón non damos feito nada. Porque ¿sabe cal é o problema?, que dentro de catro anos cando haxamos, a Pontevedra vaille custar recuperalo un pouco máis, ó mellor pois para recuperar o Plan E, do que lle quitan da participación do Estado, igual lle toca, pois, 8 ou 9 anos; e Vigo estanlle descontando sobre 12 millóns, pois pode tardar en descontar o Plan E, pois 8 ou 10 anos, as cidades tardan máis en descontalo. Pero, ¿cal é o problema?, que dentro de 4 anos o problema é que o nivel vai estar alá no fondo, e volvelo sufrir ós índices que tiñamos no 2007 ou no 2008, vainos levar outros 8 ou 10 anos. Entón, o problema xa non é ese, é que o problema é dobremente grave e eu o que quero é simplemente alertar de que temos que facer algo nese aspecto, pero non andarnos movendo nin facendo ningunha película, non, non, eu digo facelo dentro das institucións, dentro da institución. Outra cousa é que para crear sensibilidade o normal é que cada un diga o que pensa, e vostedes van dicir o que lle dea a gana e nós temos o mesmo dereito, pero á hora de negociar, nós o que queremos é negociar unha saída para que non nos asfixien, porque mire, incluso os que xestionan, os que presumen de xestionar ben van a ter dificultades, e vostede sábeo, cando lle apliquen a liquidación negativa do ano 2007 e a do 2008, e a do 2009 que a saberemos en xuño, pero que esa non vai ser negativa, vai ser super, super negativa. Pois bueno, a algún concello ó mellor igual lle teñen que descontar outro 25%, que co 25 que lle restaron igual é un 50. ¿Dará feito fronte á situación un concello deses?. Verémolo. Eu o que digo é que hai que alertar diso para que non cheguemos a esa situación, podémolo arranxar durante o ano 2010, no ano 2011 será xa tarde, e eu o único que digo é iso. Pero, en todo caso, 250.000 euros nesta moción, home mire, nós 250.000 euros é o que aportamos para salvar a Semana Verde. E no ano deste ano, non sei o que dirá o Presidente, pero algo haberá que aportar porque aínda non é autosuficiente, porque o plan de viabilidade é a catro anos, en teoría a Semana Verde en catro anos vaise autofinanciar, digo en teoría, e vostede e máis eu sabemos que vai ser só en teoría, por desgracia, pero se se cumprira o plan de viabilidade, nuns 10 anos, pois vai ser autosuficiente, mentres tanto esta casa vai ter que poñer unha parte, entón eu creo que é mellor metelos niso porque é un escaparate para a gandeiría, e a zona norte de Pontevedra non cabe dúbida que a Semana Verde é un referente para todo Galicia, pero, está na provincia de Pontevedra, creo que é mellor, ó mellor, meter aí os cartos, e mire, se houbera cartos para todos. Pero vamos a ver, D. Emilio, se nos quitan trinta millóns de euros en dous anos, vostede, se quere xa non facemos nin vías provinciais nin nada, eu pregunteille a Chema se había algunha posibilidade de habilitar 250.000 euros, e dime, si, non dándolle nada á Semana Verde. Bueno, vale, é unha solución, se quere subvencionamos a desinfección, pechamos a Semana Verde e xa non hai desinfección, arranxamos todo dun golpe, é dicir, as cousas non teñen máis que un camiño. En definitiva, nós vamos manter o noso voto en contra desta moción, porque consideramos que esta casa está cumprindo rigurosamente co sector gandeiro, tanto no financiación ás cooperativas, que lle dá directamente para inversións que fan, como subvención á Semana Verde para a súa viabilidade, como o mantemento de Mouriscade, que non é unha granxa moi deficitaria, porque ós que son de fóra de Pontevedra se lle cobra e practicamente se autofinancia. Mouriscade é unha instalación desta casa que case se autofinancia, a pesares de non lle cobrar ós de Pontevedra, pero é que facemos mostras para Lugo, para Coruña, para Ourense non, pero para Lugo e sobre todo para Coruña, fanse cantidade de mostras polas que se cobran, e máis a empresas privadas que fan penso, polo tanto, Mouriscade case se autonivela, o que é a parte do Laboratorio. Así que creo que estamos facendo un esforzo considerable para o sector primario, xa lle digo, subvencións directas a cooperativas máis de trinta millóns de pesetas ó ano, que nestes anos todos, non lle digo nin o que levamos dado. Despois á Semana Verde e despois Mouriscade. E tamén Areeiro fai investigación para o sector primario. Sr. Presidente.- D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Ben, Sr. Crespo, para empezar por onde empezou vostede. Mire, o Plan E, como dicía vostede, supuxo unha inversión nos concellos pero é certo que hai unha cuestión que vostede non di, o Plan E é un plan extraordinario, non ten nada que ver coa financiación dos concellos. Nada en absoluto, é un plan extraordinario, por unha situación de paro do país, punto. E así é como nace. A financiación dos concellos hai que resolvela doutro xeito, evidentemente, e hai un compromiso da Federación Española de Municipios e do Ministerio, de ó longo deste ano deixala resolta para que no 2011 entre a nova financiación, e isto é así, é un compromiso que está aí, non o digo eu, vostede sábeo mellor que eu, ese compromiso coñéceo mellor que eu, polo tanto esa é outra cuestión. Home, sinceramente hai diferenzas importantes nos plans, ¿que quere que lle diga?. Mire, o Plan E, o Plan E vai dedicado ós concellos, os concellos contratan as obras e dentro do ano execútase o Plan e remátase. A Deputación plantexa un Plan anticrisis, o adorna moi ben, resulta que di que quere adxudicar as obras, por aquilo da axilidade, ¿me entende?, e no primeiro ano adxudicacións cero, no primeiro ano do Plan anticrisis, ano 2009, adxudicacións cero. Esa é a eficacia duns plans e doutros. Certamente a diferencia é importante. Home, falando de aportacións das Comunidades Autónomas ás economías dos concellos, ¿Qué quere que lle diga?, eu podo nomearlle casos, como os que se dan na provincia de Pontevedra onde os cidadáns dalgúns concellos, que non son os concellos, somos os cidadáns, os cidadáns dalgúns concellos pagamos o mantemento das depuradoras e o do saneamento dos nosos concellos, e noutros, noutros, que cando se abren as depuradoras gobernaba o Partido Popular neles, e resulta que o pagaba a Xunta de Galicia, e se quere póñolle nomes e apelidos a eses concellos. É dicir, cidadáns de primeira e cidadáns de segunda, así de claro, ¿sabe para que?, para provocar o que lle estaba comentando antes, que hai uns que resulta que chega o día de hoxe, non son precisamente os que pagan a rede de saneamento e a depuración, e resulta que tampouco poden pagar as nóminas. E os outros, os que si, os cidadáns pagan esa depuración, resulta que tamén poden pagar as nóminas, tremendo e curioso, gobernaba na Xunta de Galicia o Partido Popular e neses concellos que dicía o Partido Popular, curiosísimo o tema. Remato, mire, Sr. Crespo, con sinceridade, cando o Presidente desta institución ten para libre disposición 14 millóns de euros do Plan anticrisis, non me diga, non me diga, que estamos falando de que os gandeiros están nunha situación de crisis, e non se poden aplicar 250.000 cada ano deses 14 millóns para ese tema, non me diga que non, non me diga que non, ¡eh!, o que pasa é que, repito, a primeira intervención, vostedes cando gobernan fan unha cousa e cando están na oposición piden outra, ¿que quere que lle diga?, isto é así. Bueno, nada máis. Sr. Presidente.- Bueno, xa dou bastante de si e entón toca votar. Vamos a votar entón a moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego en relación, neste caso o Partido Socialista, en relación á taxa de desinfección de transportes gandeiros. ¿Votos en contra?. Partido Popular, que volve a votar de novo, neste caso por voto de calidade do Presidente. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Desenvolvemento Agrogandeiro de data 18 de febreiro de 2010, acorda por maioría de votos en contra do PP, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, rexeitar a Moción do PSdeG-PSOE en relación coa taxa pola desinfección dos transportes gandeiros. 10.5920.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 10. Comunicacións. Sr. Secretario.- Extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 26 de enero y el 22 febrero del 2010. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 26 de xaneiro e 22 de febreiro do ano 2010 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.5921.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CONDENANDO MANIFESTACIÓNS DA DEPUTADA NACIONAL ROSA DÍEZ Sr. Presidente.- Bueno, agora vamos a ler unha declaración institucional, dalgunha maneira, e en principio pactada polos tres grupos, que di o seguinte: “Orgullosos da nosa condición de galegos, da nosa historia, da nosa realidade actual, os tres grupos da Corporación Provincial na Deputación de Pontevedra, condenan as manifestacións pexorativas da Deputada nacional Dona Rosa Díez, para con Galicia e os galegos, polo que supoñen de falta de respecto para unha Comunidade Histórica e para todos os galegos, e polo que significan de intolerancia e falta de concordia para desenvolver a tarefa común da construción dunha España plural, unida e ó mesmo tempo respectuosa cos seus distintos pobos e as súas xentes.” Polo tanto esta este é unha declaración institucional en relación a esas manifestacións desta Deputada, que, como digo, facemos os tres grupos da Corporación Provincial, Partido Popular, Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego. O Pleno acorda por unanimidade aprobar a seguinte Declaración Institucional: “Orgullosos da nosa condición de Galegos, da nosa historia e da nosa realidade actual, os tres grupos da Corporación Provincial na Deputación de Pontevedra condenan as manifestacións pexorativas da deputada nacional, Rosa Díez, para con Galicia e os galegos, polo que supoñen de falta de respecto para unha Comunidade histórica e para todos os Galegos, e polo que significan de intolerancia e falta de concordia para desenvolver a tarefa común da construción dunha España plural, unida e ó mesmo tempo respectuosa cos seus distintos pobos e xentes.” 12.5922.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN RELACIÓN CO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Sr. Presidente.- E agora temos tamén, como non vamos a ter Pleno ese día, declaración institucional do día internacional do día da muller traballadora do 8 de marzo do 2010. E ademais tamén aprobada polos tres grupos e que xa coñecen o texto, se queren lémola, ou, non é necesario. O Pleno acorda por unanimidade aprobar a seguinte Declaración Institucional: “Con motivo do Día Internacional da Muller que se celebrará o vindeiro 8 de marzo, dende a Deputación de Pontevedra queremos proclamar –se cadra- con máis intensidade a necesidade de garantir os dereitos fundamentais a todos os cidadáns, homes e mulleres, como son a liberdade, a igualdade, a vida, a seguridade ou a non discriminación. Esta festa, lonxe do carácter testemuñal, cerimonial ou anestesiante que na ocasión se pretende outorgarlle, naceu cun claro sentido reivindicativo e visualizador da situación de discriminación que padecen as mulleres en xeral, e as galegas en particular. O Día Internacional da Muller coincide este ano 2010 con dúas efemérides importantes que non deben pasar desapercibidas: a primeira delas é o Centenario da Instauración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. A segunda, o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, persoeiro relevante no noso contexto nacional por ter recuperado e mantido viva a tradición escrita da nosa lingua, pero tamén por ser a precursora do pensamento feminista en Galicia. Na súa obra obsérvase unha preocupación pola condición das mulleres do seu tempo, así como polo papel crucial que estas desempeñaron na historia e na sociedade. Nesta entidade mantemos firmemente a crenza de que a participación igualitaria da muller na adopción de decisións non só ha de ser unha esixencia básica de xustiza ou democracia senón que debe considerarse unha condición precisa para chegar a bo porto no desenvolvemento das sociedades. Sen a participación activa da muller a todos os niveis non se poderán acadar os obxectivos soñados para unha sociedade igualitaria e, en definitiva, mellor. Isto non é nada novo. Cómpre recordar, coa lei na man, que o artigo 14 da Constitución Española proclama o dereito á igualdade e á non discriminación por razón de sexo. Pola súa parte, o artigo 9.2 consagra a obriga dos poderes públicos de promover as condicións para a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra, sexan reais ou efectivos. A igualdade é, así mesmo, un principio fundamental na UE, no que se refire ó acceso ó emprego, formación, promoción profesional e ás condicións de traballo. Se facemos un diagnóstico sobre a situación das mulleres na nosa sociedade, podemos afirmar que están a padecer unha “violencia estrutural” dende a súa infancia, cando non son nomeadas nos libros de texto, e tamén na madurez, cando coa mesma cualificación perciben salarios inferiores ós homes. Somos conscientes de que en todo o mundo miles de mulleres continúan sendo membros invisibles e desprotexidos a pesares de exercer, a miúdo, de columna vertebral das familias, desenvolvendo o papel de coidadoras de fillos e maiores, economistas, cociñeiras e, incluso protectoras. É certo que se ten feito moito por alcanzar esta máxima, pero aínda queda moito camiño por percorrer. A violencia de xénero, a discriminación salarial, a discriminación nas pensións de viuvez, o maior desemprego feminino ou a escasa presenza das mulleres en postos de responsabilidade, deixan ás claras que a igualdade plena e efectiva aínda non se conseguiu. Debemos seguir loitando por unha sociedade na que a igualdade de oportunidades sexa unha realidade e non unha promesa. A situación de desigualdade da muller segue sendo palpable non só en España e Europa, senón tamén no resto do mundo, sobre todo no ámbito laboral: é ben certo que o número de mulleres que acceden algunha vez ó emprego vén aumentando nos últimos anos, pero tamén aumenta o número de mulleres en paro. A taxa de emprego feminino en España, aínda que mellorou nos últimos anos, segue sendo máis baixa que a das mulleres europeas e a taxa de paro feminino é a máis elevada da UE. A isto hai que sumar que as mulleres padecen unha maior temporalidade e precariedade no emprego e cobran salarios inferiores. Neste punto, debemos seguir traballando na procura dun marco favorable que lles permita desenvolver as súas capacidades laborais e emprendedoras. Debemos crear as condicións necesarias para conciliar a vida laboral e familiar. Formación e emprego están intimamente relacionados, xa que a primeira é a mellor vía para acceder ó segundo. Pero as discriminacións de xénero non se evidencian só no terreo laboral, o desigual reparto das tarefas derivadas do coidado familiar e as reprodutivas é outro indicador relevante. Así, todos os estudos revelan que son maioritariamente as mulleres que asumen estas tarefas, con consecuencias negativas no seu desenvolvemento persoal e laboral. Se queremos alcanzar unha igualdade efectiva, é fundamental a sensibilización da sociedade en materia de xénero. Temos que traballar a reo co fin de combater os prexuízos machistas instalados no pensamento global. A lei de igualdade, como o seu nome indica, garante unha igualdade “legal”, pero a igualdade “real” precisa de accións políticas activas que muden o ideario colectivo. As mulleres non son necesarias senón imprescindibles. Seguros disto, dende a Deputación de Pontevedra queremos seguir poñendo en marcha programas e plans concretos para erradicar a violencia machista e para reducir as dificultades da muller para acceder ó emprego. A erradicación de todas as formas de discriminación por razóns de sexo é e seguirá sendo un dos nosos principais cabalos de batalla. Esta é a nosa máis firme proposta de cara a acadar a ansiada igualdade. 13.5923.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN EN CAIXANOVA Sr. Presidente.- Seguinte, a Moción da Presidencia tamén en relación ó nomeamento dos representantes nas, neste caso en Caixanova, derivado da Lei de Caixas aprobada no Parlamento de Galicia recentemente. Esta moción di o seguinte: Dada conta da Lei 10/2009, de 30 de decembro, Diario Oficial de Galicia de 5 de xaneiro, de modificación do decreto lexislativo 1/2005, de 10 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei 7/1985, 17 de xullo, e 4/1996, de 31 de maio, de caixas de aforro de Galicia, e que entrou en vigor o pasado 7 de xaneiro de 2010, establécense entre outros as normas para a renovación dos seus órganos de goberno, resultando que en comunicación do 1 de febreiro, o Secretario da comisión electoral, de Caixanova, solicita a esta Deputación o nomeamento dos 4 representantes na asemblea xeral, e resultando tamén, que como consecuencia de haber sido admitido a trámite o recurso de inconstitucionalidade, interposto polo Presidente do goberno contra determinadas disposicións do citado texto legal, o Secretario da Comisión electoral de Caixanova, en comunicacións de 16 de febreiro manifesta, que o citado proceso electoral foi suspendido, considerando o disposto na disposición transitoria 2ª da Lei 10/2009, de 30 de decembro, así mesmo no artigo 16, tamén da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes e tendo en conta o informe do Secretario Xeral, no que entre outros se manifesta que non están suspendidas as citadas suspensións, proponse ó Pleno a adopción do seguinte acordo: Designar as seguintes 4 persoas como representantes desta corporación na asemblea xeral de Caixanova, 4 persoas que quedarán da seguinte maneira, a proposta de cada un dos grupos, en base ó reparto desta corporación o Partido Popular tería 2 representantes, o Partido Socialista un, e tamén o Bloque Nacionalista Galego tería un representante. Aínda que se ben non alcanza a porcentaxe, cremos que esa debe ser a representación, por parte neste caso desta corporación, hoxe se aproba, e cada unha das forzas políticas, como digo o Partido Popular aportará dous representantes, que lle entregaremos ó Secretario os seus nomeamentos; o Partido Socialista un representante e tamén outro o Partido do Bloque Nacionalista Galego, pero antes de nada, de ir a moción, votamos a urxencia da mesma. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. E polo tanto procedemos a votación da mesma. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Por unanimidade. Dada conta da Lei 10/2009, de 30 de decembro (DOGA 5 de xaneiro), de modificación do Decreto lexislativo 1/2005, de 10 de marzo, polo que se aproba o texto refundido das leis 7/1985, de 17 de xullo e 4/1996, de 31 de maio, de Caixas de Aforros de Galicia, e que entrou en vigor o 7 de xaneiro de 2010, establecéndose entre outros, normas para a renovación dos seus órganos de goberno. Resultando que en comunicación de 1 de febreiro o Secretario da Comisión Electoral de Caixanova, solicita a esta Deputación o nomeamento de catro representantes na Asemblea Xeral. Resultando que como consecuencia de haber sido admitido a trámite o recurso de inconstitucionalidade interposto polo Presidente do Goberno contra determinadas disposicións do citado texto legal, o Secretario da Comisión Electoral de Caixanova en comunicación de 16 de febreiro manifesta que o citado proceso electoral foi suspendido. Considerando o disposto na Disposición transitoria segunda da Lei 10/2009, de 30 de decembro, e así mesmo no art. 16 da LO 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e tendo en conta o informe do Secretario Xeral, no que entre outros se manifesta que non están suspendidas as citadas disposicións, O Pleno acorda por unanimidade a adopción do seguinte acordo: “Designar ás seguintes catro persoas como representantes desta Corporación na Asemblea Xeral de Caixanova: 1.- ……………………………….. 2.- ……………………………….. 3.- ……………………………….. 4.- ………………………………..” 14.5924.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Pasamos ás preguntas. E temos aquí unhas mocións que como entraron o día 22 eu propoño que as traslademos ó Pleno, unha do Sr. Olmedo e outra de D. Gabriel Martínez Giráldez. E despois hai unhas preguntas tamén por escrito que son as seguintes, isto para aí, -las mociones van a ir al Pleno, son estas dos que van a pasar al Pleno-. Preguntas. A primeira que hai neste caso é de D. Gabriel Martínez Giráldez en relación ó ORAL, sobre un tema de Ponteareas. Eu non sei se quere lela toda, pero senón coas preguntas xa lle vale. Eu creo que quen coñece ademais este tema é o Portavoz e alcalde ó mesmo tempo deste concello, en relación ás preguntas que aquí se poñen. Polo tanto, eu podo cederlle a palabra a el mesmo e el lle pode contestar ás mesmas. Sr. Solla ten a palabra. D. Gabriel quere preguntar algo. Adiante. Sr. Martínez Giráldez.- Sr. Presidente, bos días a todos e a todas. As preguntas realmente non están formuladas para que me conteste o alcalde de Ponteareas, estas preguntas xa foron formuladas no Pleno en Ponteareas, e o Sr. Alcalde xa contestou. Entón, polo tanto, as preguntas van dirixidas a vostede, me gustaría que me respondera vostede, neste caso non teño nada contra o Sr. Alcalde de Ponteareas, con Salvador, pero as preguntas, repito, van formuladas a vostede. Sr. Presidente.- Bueno, quen lle responde é o equipo de goberno. Se quere podo responderlle eu, respóndelle el ou respóndolle por escrito, como queira, o fin final é concretar, porque a min gústame precisar, ó final é mellor precisar e dar resposta ó problema, porque se quere literatura eu dou literatura bastante, pero se queremos concretar, el coñece este caso porque ademais lle foi pasado a el, aínda que foi presentado o día 22. ¿Quere que lle contestemos por escrito mellor?. Sr. Martínez Giráldez.- Como vostede queira. Sr. Presidente.- Bueno, pois contestamos por escrito. Sr. Martínez Giráldez.- As preguntas van formuladas a vostede e gustaríame que as contestara vostede. Sr. Presidente.- Pois contestamos entón por escrito e así nos ceñimos neste caso ó papel. Seguinte, 22, neste caso é do Partido Socialista, preséntaa D. Emilio González, en relación a que a Deputación volva a destinar como mínimo eses 3.000.000 de euros do Plan de Emprego dos concellos ou que se aumente máis dentro das súas posibilidades. Ten a palabra D. Emilio González. ¡Ai! é unha moción, bueno, pois tratámola, é mellor responder ás preguntas que se leva máis rápido. Pregunta, de D. Emilio González, en relación. Vale. Pois veña. Adiante. Sr. González Iglesias.- Vale. Ben. A primeira é, na localidade de A Golada a Deputación de Pontevedra dotou durante todo o ano pasado dunha traballadora social a pesares de existir unha funcionaria con praza en propiedade, non foi só para substituír unha baixa médica, senón que estivo traballando durante todo o ano, desprazando da súa función á funcionaria encargada deses servizos. A propia funcionaria denunciou a situación como unha represión por parte do alcalde, por figurar como cabeza de lista do PSdeG-PSOE nas pasadas municipais, pero incluso a situación chegou ó extremo de que a traballadora da Deputación continuou no seu posto unha vez cumprido o seu contrato laboral, e manexando información moi sensible e protexida. Por todo o exposto facemos as seguintes dúas preguntas: ¿Ten coñecemento o Presidente da Deputación de Pontevedra do período de tempo do contrato de traballo da traballadora social no concello da Agolada?. ¿Sabe o Sr. Louzán que esta persoa se mantivo no concello da Agolada manexando información protexida, en teoría sen contrato? Sr. Presidente.- Bueno, pois revisarei, porque esta pregunta entrou onte, e entón non tivemos o tempo. Sr. González Iglesias.- A seguinte pregunta estamos asistindo nas últimas semanas ás adxudicacións por parte da Comisión de Goberno da Deputación de Pontevedra de diversas obras dos concellos da provincia dentro do denominado Plan de investimentos do 2009-2011 ou máis coñecido como Plan anticrise. Nestes acordos da Xunta de Goberno, vemos como se distribúen cantidades en varias anualidades, obras determinadas en concellos, sen ningún tipo de explicacións sobre as relacións destas adxudicacións. No último Pleno, dende o Grupo Socialista, fíxose unha pregunta precisamente para que o Presidente da Deputación explicara a razón, baremos e demais aspectos sobre estas adxudicacións. Pasou un mes e aínda non temos ningunha contestación sobre estes aspectos, e como consideramos que xa é tempo de que o Sr. Presidente teña unhas respostas para estas preguntas, volvemos a facelas, neste caso por escrito, con suficiente tempo como para que as prepare, para aclarar, Sr. Presidente, ata cos datos que temos nós, de 109 proxectos aprobados, 106 corresponden a concellos gobernados polo Partido Popular, son os datos que temos nós. ¿Cales son os baremos para as aprobacións das axudas?. ¿Cales son os criterios para aprobar a uns concellos por riba doutros?. ¿Cales son as razóns para facer axudas plurianuais ou só no primeiro ano da duración do Plan?. E, ¿por que razón, esta non está no escrito pero añádoa eu, cal foi a razón, de por que no primeiro ano non foron capaces de adxudicar ningunha obra do Plan anticrise? Sr. Presidente.- Bueno, a verdade que son preguntas bastantes doadas, todas elas, porque os baremos xa os coñecen vostedes para a aprobación das axudas. Polo tanto, reitérolle o 50% de superficie e 50% poboación, cales son os criterios para aprobar uns concellos por riba doutros, por riba, non sei se está ben expresado iso, pero isto, lle digo, que eu creo que hai aprobados o 90% dos concellos da provincia de Pontevedra, neste momento, se aprobaron todos entre xaneiro e febreiro. Polo tanto, revise ben a información, porque creo que non debe ter ben a información. Sr. González Iglesias.- Me permite, a información é día 10 de febreiro, que é a que temos nós. Sr. Presidente.- Bueno, pois revísea ben, porque fomos aprobando todos os concellos que … Sr. González Iglesias.- Repito, a día 10 de febreiro de 109 proxectos, 106 pertencen a concellos gobernados polo Partido Popular. Sr. Presidente.- Para darlle o dato revisarei e direille o dato concreto, de cento non sei cantos aprobamos …, pero dá igual, eu dígolle, empezáronse a aprobar a finais de xaneiro, entón, estamos a mediados, finais de febreiro, aí se están aprobando todos os concellos, aquí hai alcaldes de todas as cores políticas e demais, e todos teñen proxectos aprobados, e está aprobado o 80-90% dos concellos, non digo de todos, digo o 80-90% hai proxectos aprobados. E, ¿ cales son as razóns para facer axudas plurianuais ou só no primeiro ano de duración?, lle preguntaba antes ó Interventor. En principio da cantidade que se asinou a cada concello, cada un destinouna no ano que quixo, 2009-2010 e 2011, entón, non hai ningún problema. Polo tanto, xa digo, cada concello, amais aí non houbo ningunha actuación de ningún grupo de goberno nin de ninguén, senón que houbo reparto equitativo, como sole facer este equipo de goberno. Sr. González Iglesias.- Pero non me contestou por que uns concellos antes que outros. Sr. Presidente.- Non, antes non, foise aprobando, en cuestión de 20 días, un mes, aprobáronse ... Sr. González Iglesias.- Presidente, non quero facer ningún debate, é dicir, recoñece vostede, no ano 2009, ningún proxecto, iniciou o procedemento a partir do 21 de decembro. Sr. Presidente.- Claro, pero é que evidentemente, pois non houbéramos marcado diferenzas para ninguén, estábamos no final do ano, evidentemente entendemos que as obras tiñan que estar operativas, porque tiña que haber unha supervisión técnica, que a houbo, e, polo tanto, están saíndo agora, pois en cadea. Sr. González Iglesias.- Seguinte pregunta. O pasado luns, vimos como o Partido Popular de Pontevedra organizou unha rolda de prensa na cidade, na que todos os medios se fixeron eco ó día seguinte dunha novidade con respecto ó que vén sendo habitual deste partido, non nos referimos ás cualificacións de yogurcito, que o Secretario de organización do PP dirixiu contra o Secretario xeral do PSdeG-PSOE, Modesto Pose, que a verdade tal como se sinte el persoalmente, polo tanto non son moi acertadas. A data de caducidade, que é algo normal, o igual que a ten J. J. Durán ou o mesmo Rafael Louzán, que por certo, non lle queda moito tempo, digo no mandato institucional. Pero o fondo da novidade, que os xornais fixeron referencia, foi a aparición por primeira vez, dende o congreso provincial do Partido Popular, da nova Secretaria xeral dos Populares. Nós nos congratulamos de que sangre nova vaia chegando ós postos de mando do PP en Pontevedra, dado que algúns xa teñen moi cerca a súa xubilación, pero por outra banda, nos sorprende que a nova Secretaria xeral do PP, compareza ante os medios de comunicación, no horario habitual de traballo de funcionarios da Deputación de Pontevedra. Destacamos isto, porque a Secretaria xeral do PP é funcionaria desta casa e ocupa o posto de Adxunta á Xefa de RRHH. Por esta coincidencia preguntamos, ¿é habitual que os funcionarios poidan ausentarse do seu posto de traballo máis tempo que a pausa do café?, ¿autorizou o Sr. Presidente da Deputación un horario especial para a Adxunta do Servizo de RRHH, para que poida desenvolver máis cómoda o seu cargo dentro do Partido Popular?. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. O Sr. Durán quérelle contestar, máis estaba presente nese acto, paréceme, a ver. Sr. Durán Hermida.- Gracias, bos días. Non, era máis que nada por unha alusión que había aí. Eu quería facer unha precisión, un comentario, unha reflexión, primeiro, home, eu non dixen yogurcito, eu non emprego esta expresión, hai que mirar o texto que recolle a prensa, eu falei da caducidade de yogures, en todo caso eu son moi respetuoso con todo o mundo, e se vostedes na modernidade, no voso partido, se chaman de yogurcito, Pose, vostede, vostede, Pose, tal, tampouco me preocupa, iso é respecto a precisar o tema. O comentario é que nós non é que esteamos preocupados pola data de caducidade de Pose, nós estaremos contentos que estea moitos anos onde está, e faremos todo o posible para que estea aí. E respecto á reflexión, por suposto que a data de caducidade non ten nada que ver con vostede, que sabemos que está, digamos, excluído dese tipo de cuestións, pola súa condición xa politicamente xurásica. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, pois a verdade é que ata preguntado, neste caso a persoa afectada, me dixo ela, que incluso lle sobrou tempo para o café, ou sexa, dedicoulle 20 minutos á comparecencia e aínda lle sobrou tempo para media hora que teñen do café, non fai como algún, que seica está máis tempo no café que no traballo, non é o caso, no caso da Secretaria xeral é unha persoa moi, moi responsable, e polo tanto nese sentido poden estar tranquilos que cumpre co seu traballo, e cumpre tamén coa súa obriga de partido. Máis preguntas. É do Partido Socialista pero faina D. Juan Luciano Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Moi bos días a todos. Unha pregunta que lle fago por escrito, que lle agradecería que me contestara tamén por escrito, en relación coas pousadas Xardín do Salnés, que parece que foron empezadas polo tellado estas pousadas, porque levan aí dando voltas, bueno, vostede sabe ben de que vai todo isto. A miña pregunta concreta é, se xa se sabe onde se van a instalar definitivamente as pousadas se existe cesión dos terreos, e a cualificación urbanística dos mesmos, e se xa están adxudicadas, que me facilite o nome das empresas, e se teñen licencia municipal, lle dou as gracias se mo contestan por escrito. E agora, aproveitando que teño a palabra, quería facerlle un rogo, un rogo con dúas palabras nada máis, que se chama respecto institucional, eu agradeceríalle que cando vaia polos concellos onde non goberne o PP, que lle teña un pouco de respecto institucional, si Sr. Louzán, si, vostede está indo polos concellos e penso que o vai a seguir facendo ata as eleccións municipais, en representación da Deputación e como Presidente da Deputación, e vai acompañado do superdelegado, de Deputados autonómicos do Partido Popular, de portavoces do Partido Popular, e sen contar para nada con alcaldes ou alcaldesas deses concellos, recórdolle algunhas palabras súas cando … Sr. Presidente.- Pero, poña exemplos … Sr. Otero Besada.- Pois recentemente na Illa de Arousa, foi a levar un cheque ó Club de Fútbol, pero apareceu vostede con 5 persoas. Sr. Presidente.- Termine, termine … Sr. Otero Besada.- Ben, eu queríalle recordar, que na toma de posesión aquí, dixo que ía a gobernar para todos sen distinción de cores, para todos, e parece que esas palabras que xa as levou o vento, parece, e tivo que chegar o temporal Flora para que as levara, é dicir, é dicir, entrou unha brisa polo despacho, e parece ser que llas levou. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Otero Besada.- E recentemente neste mes de febreiro, esta Deputación fixo dous actos en Vilagarcía de Arousa, me parece ben, que se deslocalicen os actos e se repartan polos concellos, e fóronse facer á Autoridade Portuaria, presentación da Camelia e presentación da Bienal. Paréceme ben que se fagan, pero supoño que se se fan en nome da Deputación, que é o concello dos concellos, o normal é que se conte coas autoridades locais, neste caso gobernados polo Partido Socialista, e non só iso, eu recórdolle que a Autoridade Portuaria ten as mesmas instalacións hoxe que fai catro anos, e cando gobernaba ou cando presidía a Autoridade Portuaria un presidente Socialista, non se levou a ningún, a ningún acto, absolutamente a ningún acto. Xa lle digo, un pouco de respecto institucional, nada máis. Sr. Presidente.- A verdade é que, eu que me aprezo de respectable, e creo que nos respectamos, pero dáse a casualidade que todo o que dixo é xustamente o contrario, pero amais, volvo a dicilo en ton real, porque é a realidade o que me dixeron, estaba eu na Illa de Arousa, e me dixeron que o Deputado estaba de vacacións, estivo nunha viaxe a Canarias …, informáronme alí de que estaba de vacacións, pero resulta que vostede fai unha pregunta, fai unha afirmación que ademais é incrible, que non se axuste á realidade, porque fun á Illa de Arousa, estiven co seu alcalde nese acto primeiro, e no segundo, estivo comigo para entregar un cheque. Polo tanto, dá a sensación de que non se entera, non se entera de nada, cheque que, por certo, entrega esta institución, non a unha institución senón a un Club de fútbol que podo ir cando queira, porque este tema, aquilo supoño que non haberá que pasar unha valla, ou pasar, ou como había que pasar antes, pagar un finiquito ou pedir autorización á autoridade competente, ¿non?. Eu niso sei evidentemente respectar, vostedes non, diso non poden predicar, por exemplo, porque pasamos catro anos e se recordarán, ¿verdade?. Entón, nese tema está totalmente errado, totalmente errado, é máis, non hai moito tempo que sucedeu de que fun alí co alcalde, e invitei ó alcalde incluso a que me acompañara á entrega do cheque, cuestión ademais que podía haber obviado perfectamente porque era esta institución cun Club de fútbol, e lle dixen, o invitei a que me acompañara. Polo tanto, paréceme que vostede está faltando á verdade, porque non coñece o caso, llo explicaron realmente mal, e eu lle pido por favor que se entere, primeiro que se entere. A raíz diso, a maiores diso, en relación a outros temas que facía mención de Vilagarcía, volve a estar errado, é que eu pídolle por favor que se axuste á legalidade, e sobre todo que se axuste á realidade. No caso da presentación de Vilagarcía, eu quero dicirlle que nos dous temas en concreto que vostede falou, a Autoridade Portuaria participa con nós, nos dous temas que vostede falou. Polo tanto, teño que dicirlle que volve a estar equivocado, vostede está disparando a ver se alguén se move, pero a verdade é que non apunta. Todos, evidentemente, todos os obxectivos que vostede se propuxo lle saíron fallidos, é por iso que me estraña que unha persoa como vostede, que na Illa, evidentemente, máis ou menos se coñecen todos, que faga mención diso, cando o seu alcalde, porque ademais hai testigos, claro, evidentemente estivo o Presidente comigo, invitado por min, que se vostedes, eu lle dou a volta a iso, vostede, un cargo do seu Partido Socialista, que van a entregar un cheque a calquera outra entidade, ¿vostede cre que me houbesen invitado a min ou ó alcalde de turno?, ó alcalde de Vilanova, que esta alí ó lado por exemplo, ¿vostede cre que o farían?. Iso non se atreven a facelo, esa é a realidade, e polo tanto eu lle pido que non falte á verdade, non se equivoque, e cando pregunte, pregunte con claridade, algo que sexa real, algo real, pero non é o caso. Vostede tamén, por alusión, tamén quería … Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Non, simplemente, non, vamos a ver, polo tema en concreto de Vilagarcía, eu creo que a liña esa, na bienal deste ano, a Autoridade Portuaria, ten unha presenza no sentido de que en zona portuaria se desenvolven actividades, é copatrocinadora da Bienal, e tiña todo o sentido que se celebrara alí a presentación. Ben, algo moi parecido respecto do Certame da Camelia, pero á parte de todo isto, e está nos medios de comunicación, o concello de Vilagarcía, o goberno municipal de Vilagarcía, estaba representado, estaba o tenente alcalde responsable de Cultura, nos dous actos. E lle engado algo máis, tampouco é algo de estrañar iso, porque nas actividades de Vilagarcía, normalmente as que teñen que ver coa Cultura, o tenente alcalde é o que asume a representación do concello, iso o sabe todo o mundo que participa en actos alí, entón ningunha delas é o caso. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Otero. Sr. Otero Besada.- A ver, eu non vou a disparar como di vostede, eu vou a aclarar unha serie de cousas. Mire vostede, a este Deputado non lle invitou ninguén, nin lle dixo ninguén que vostede ía ir alí, absolutamente para nada, enterouse pola prensa ó día seguinte, o alcalde foi co superdelegado a ver unhas obras, non chamou vostede ó alcalde para nada. Sr. Presidente.- Inviteino nese acto, lle dixen … Sr. Otero Besada.- Perdoe Sr. Louzán, o alcalde foi a ver as obras co superdelegado … Sr. Presidente.- Si, si. Sr. Otero Besada.- … E cando estaba vendo as obras chegou vostede acompañado de Deputados autonómicos do Partido Popular, e do Portavoz do Partido Popular alí … Sr. Presidente.- Está equivocado … Sr. Otero Besada.- … E a continuación, déixeme dar a miña versión, vostede deu a súa, e unha vez terminaron alí, o Sr. Touris dixo, agora temos que ir a entregar un cheque, e xa se ían, e díxolle Touris, non, vostede, se queres vir … Sr. Presidente.- Está equivocado, está totalmente equivocado, e para iso, eu creo que … Sr. Otero Besada.- Sr. Louzán, perdóame un momentiño que teño a palabra … Sr. Presidente.- Por favor, por favor … Sr. Otero Besada.- O Partido Socialista non leva cheques a ningún lado, cando leva cheques o Partido Socialista faino como Partido Socialista, vostede non foi como Partido Popular, vostede foi como Presidente desta Deputación. Sr. Presidente.- Está equivocado. Sr. Otero Besada.- En representación desta Deputación, o cheque levouno o Partido Popular. Sr. Presidente.- Está equivocado Sr. Otero, a xestión de goberno desta casa lle toca, neste caso, ó Partido Popular, pero sabe perfectamente, e niso dámoslle leccións de como se fai, evidentemente, o respecto institucional, e esa conversación a tiven co alcalde, porque fun eu quen o invitei ó alcalde, alí mesmo in situ, se chama, porque eu non teño nada que esconder, in situ. Sr. Otero Besada.- In situ, porque coincideu que foi alí, Sr. Louzán, vostede non invitou antes nin me invitou a min para dicir que viña aquí. Sr. Presidente.- Non, non. Sr. Otero Besada.- Para nada … Sr. Presidente.- Como comprenderá Sr. Otero … Sr. Otero Besada.- Non faga alusións de que eu estaba de vacacións … Sr. Presidente.- Sr. Otero … Sr. Otero Besada.- Eu levo 6 meses sen poder estar moito tempo de pé, e a min non se me invitou para nada, absolutamente para nada, para nada, entereime cando o alcalde mo dixo, que apareceu vostede por alí co superdelegado, e con outros deputados provinciais e non só na Illa, estano facendo en todos os lados, Sr. Louzán. E os Deputados parlamentarios do congreso de Santiago non teñen por que ir en representación da Deputación a nada, e vostede vai con eles a todos lados. Sr. Presidente.- Dígallo ós Socialistas, cando foron durante os catro anos, iso tamén hai que … ó mellor tomaron exemplo do que fixeron vostedes. Sr. Otero Besada.- Sr. Louzán, eu o que lle repito é que, que se vostede actúa como Presidente da Deputación vaia co Deputado da Deputación, non cos parlamentarios do Partido Popular. Sr. Presidente.- Pero para iso ten que primeiro educar ós seus, non pida vostede que fagan os demais o que vostedes non fixeron, edúquense, edúquense primeiro, claro, ¿como vostede lle vai a esixir ós demais o que non fixeron vostedes?. Sr. Otero Besada.- Cando lle toca dicirnos algo a nós, díganllo igual que llo estou dicindo eu, e nada máis. Sr. Presidente.- Pero gobernou catro anos, porque eu o respecto a vostede, porque probablemente esa é a súa filosofía de actuación, e probablemente sexa así, pero como vostede está nun partido que se chama Partido Socialista, evidentemente ten que dicir, oe, o meu partido ten, debe actuar así para dar exemplo ós outros, pero se vostede fai o contrario, o seu partido fai o contrario, ó mellor vostede non, pois non ve que cae nun mal sitio. Sr. Otero Besada.- Eu estou aquí como Deputado e estou facendo alusións a esta Deputación. Sr. Presidente.- Si, pero representa a un partido. Sr. Otero Besada.- Se quere que lle fale de partidos, mire podería falar dun Deputado do Partido Popular en Palma de Mallorca que utilizaba unha tarxeta dos “puticlubs”, pero non quero entrar niso … Sr. Presidente.- Pero, Sr. Otero, vostede representa un partido, non ve que na súa pregunta, que vén agora, aparece Partido Socialista, senón preséntese como independente. Sr. Otero Besada.- Pero como deputado do Partido Socialista. Sr. Presidente.- Pero ten que predicar co exemplo, a vostedes, ás súas filas déalles as leccións primeiro cando gobernen, cando volvan a gobernar neste caso en Galicia, que non se sabe cando será, pois déalle leccións diso e despois falamos. A ver, máis preguntas que teñan que facer. Sr. Otero Besada.- Non vale a pena discutir, eu digo, que por favor tome nota deste rogo que lle fago, que teña respecto institucional, este é o rogo. Nada máis. Sr. Presidente.- Pero iso fáleo no seu partido primeiro, e despois mo di a min. En relación ás preguntas das Pousadas, que é o que dalgunha maneira me toca agora a min, e vostede quere que lle conteste por escrito, non lle vou a contestar xa que lle vou a contestar agora, porque nin teñen máis ciencia, nin teñen máis esencia, por dicilo así, as preguntas que vostede me fai. Neste momento, Sr. Otero, que hai, os concellos que nos mandaron posibilidades de terreos, é iso o que estamos nestes momentos negociando. Queríamos ó mesmo tempo e aproveitando a súa pregunta, rehabilitar o edificio do Grove, para o cal o seu alcalde, alcalde socialista, que vostede podía mediar alí, facer unha boa labor, para que non interrompa a posibilidade da licenza, porque tena que dar, porque dunha maneira é un acto arranxado, para que dea licenza para a rehabilitación da Pousada. E despois hai catro ou cinco sitios máis da comarca, onde mandaron a dispoñibilidade de terreos, e iso é o que hai, non hai ningunha empresa nin hai nada dado, nin hai nada pendente de dar, é o que hai, nin hai máis nada, neste momento se está estudando iso …, pois saberase cando se remate coa xestión que se está facendo previa dos terreos. Hai unha que é posible, que é posible, que é a máis inmediata, que neste momento é a Lanzada, porque é un terreo propiedade da Deputación, pero que o alcalde do Grove de momento non dou licenza para as obras de rehabilitación do edificio. Sr. Otero Besada.- Eu non teño ningún inconveniente en mediar co alcalde do Grove. Sr. Presidente.- Pois medie, aproveite. Sr. Otero Besada.- Pero xa falei aquí con vostede para que o recibira, e foi nulo. Sr. Presidente.- Non, non, eu recibino aquí, vostede o sabe. Sr. Otero Besada.- Moito despois de que eu mediara. Sr. Presidente.- Pero eu recibino. Sr. Otero Besada.- É a mesma mediación que me pide vostede, eu mediarei con el, non se preocupe. Sr. Presidente.- Moi ben. ¿Máis preguntas?. Sr. Gabriel Martínez, que está por aquí. Adiante. Sr. Martínez Giráldez.- Fun o primeiro ¿non se acorda?. Sr. Presidente.- Pois entón levantamos a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición