Fondos
2010-10-29_Ordinaria. Acta de sesión 2010/10/29_Ordinaria
Acta de sesión 2010/10/29_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/2.2010-10-29_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/10/29_Ordinaria
Data(s) 2010-10-29 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 71 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 29 de outubro de 2010 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e doce minutos do día vinte e nove de outubro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Carlos Comesaña Abalde, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Damos comezo ó Pleno da Corporación Provincial do día de hoxe, cos puntos que están establecidos na orde do día. 1.6003.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria, do día 10 de setembro, e ordinaria, do día 24 de setembro. Apróbanse. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria, do día 10 de setembro, e ordinaria do día 24 de setembro, de 2010. 2.6004.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 1/2010 DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA” Sr. Presidente.- Punto número 2. Expediente de modificación de créditos número 1/2010 do organismo autónomo local “Museo Provincial de Pontevedra” … Espere que lle dou a palabra … Sr. Figueroa Vila.- … Máis ou menos, se quere facemos unha intervención dos catro, senón facemos unha a unha, pois unha a unha mellor, dá igual. Sr. Presidente.- Se podemos tratar os catro temas conxuntamente o dous, tres, catro, porque son no caso económico … e cinco tamén, aínda que o cinco é …, si o cinco tamén. Pois tratamos entón os catro puntos, ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, bos días. Bueno, son catro puntos que teñen unha relación, loxicamente, son expedientes de modificación de créditos dous deles, que os dous primeiros, bueno, non teñen maiores cuestións, son cuestións puramente técnicas. No expediente número 4 que é a modificación de créditos, bueno, pois hoxe traemos unha modificación de crédito que contempla un total no suplemento de crédito de 13.219.000€, que son para varios investimentos, que son necesarios e urxentes, e tamén traemos para suplementar, que é o máis importante, o plan de investimentos de 2009-2011 e o anticipo de parte da anualidade 2011, aquí, bueno, pois, hai unha serie de baixas de créditos, e tamén se contempla, vaise consignar con 10.000.000€ para o préstamo a medio e longo prazo. Isto nos fai, pois o que ten relación, que con respecto ó expediente número 5, pois se faga unha modificación do actual plan económico financeiro que tiñamos nesta Deputación, que era a previsión do 2010-2011-2012 e como estaba contemplada ata agora, era no exercicio 2010, 15.000.000€; no 2011, 13 millóns; e no exercicio 2012, 12 millóns. O que facemos é unha modificación de proposta de adiantar o do 2011 ó 2010, e suprimir aquí, reducir 3 millóns de euros, co cal quedarían no exercicio 2010 os 15 millóns que tiñamos, máis os 10 actuais do 2011, reducidos en 3; e no exercicio 2012 quedaríannos 12 millóns de euros. Isto, pois, dános unha serie de facilidades de poder pagar antes ós adxudicatarios do plan de investimentos, e ó mesmo tempo pois, reducimos a cantidade do importe total, 3 millóns de euros. Isto temos que levalo ó Pleno para aprobalo, para aprobalo, para modificar este plan que xa estaba aprobado fai un ano e medio, e polo tanto pois, no conxunto do 2010-2011-2012 reducimos a nosa carga en 3 millóns de euros, e o único que facemos é unha modificación do 2011 para o 2010. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días a todos e a todas. Grazas Sr. Presidente. É francamente sorprendente, que algo do calibre destes catro puntos sexa despachado con esta descrición tan somera, aquí hai cousas moi importantes, eu diría, nós diríamos que incluso moi graves. É obvio que esta casa, esta Deputación, dende o ano 2005, iniciou unha carreira, encetou unha carreira, encetaron vostedes unha carreira, que podíamos resumir en aquilo de gastar que se acaba o mundo, e esta casa cada vez estase parecendo máis á situación na que se atopaba a principios dos 90, de asfixia económica e de facer remendos por todos os lados, para ir trampeando a situación. O uso que están facendo desta Deputación é, en fin, alcanza cotas absolutamente inenarrables e que intentaremos ir desagregando con esta modificación e co resto dos puntos, é dicir, aquilo que sucedeu, por exemplo, cando presentaron a moción de censura en Mos, e que no seguinte Pleno viñeron aquí non sei cantos millóns de euros para Mos, pois está a suceder masivamente con toda outra serie de asuntos. Vamos a ir desagregando o que vén no expediente, o que vén na orde do día, á parte, coa modificación deixan moi claras as súas preferencias, as súas decisións en canto a cal é a súa prioridade de gasto, basicamente a prioridade de gasto é, o valoraron vostedes, que ó Partido Popular lle vaia mellor, en fin, en clave de organización, e obviamente como resultado, en clave electoral. Empezamos co punto dous, que é a modificación de créditos do Museo Provincial. O Museo Provincial, como todos os organismos autónomos en xeral, pois, os fondos que teñen son para o seu funcionamento, entón o que fixeron é ir recortando o gasto de funcionamento basicamente, vía recorte de adquisición de fondos museísticos, dunha maneira durísima, ou sexa, evitando ou restrinxindo ó máximo todas as adquisicións, e polo tanto, houbo remanentes, houbo sobras no Museo. ¿Que fan agora?. Normalmente cando había remanentes quedaban na propia institución, quedaban no Museo, neste caso, bueno pois, neste caso quítanlle millón e medio de euros para pagar as obras do Museo, cousa que estaba pagando a Deputación, cousa que nunca o Museo como tal entrou digamos para pagar, porque o seu orzamento é única e exclusivamente para os gastos de funcionamento e adquisición de material, digamos puramente museístico, non edificios, se fora así podería pagar directamente o Museo e non é certo, ou sexa que, vostedes con esta modificación, quítanlle millón e medio de euros ó Museo para o seu funcionamento, ben, creo que deixan claras cales son as súas prioridades, pero vamos ó seguinte. O Patronato de Turismo Rías Baixas, entón, tivo tamén os remanentes, curioso que poida traer un remanente do ano 2010 ou incluso 2009, vindo o Xacobeo, que había que facer un gran esforzo, digamos, hai remanentes do ano 2009, había que facer un grande esforzo en promoción de turismo, teñen remanentes e resulta que alí si que non se lle quita ningún duro, deses remanentes, e todos eles van outra vez para fomento, para a actividade propia do Patronato. Obviamente, sendo agora final de ano, ou para o ano que vén, bastante, digamos, unha época máis baixa en canto á necesidade de promoción do turismo, pois todos nos imaxinamos, e todos sabemos exactamente ó que van a dedicar gran parte desta cantidade, que vai favorecer o uso, e outros intentar comprar vontades. E con respecto ó punto que é a modificación de créditos desta casa, pois ata votan man de 155.000 euros de remanentes, ou sexa cando estamos nunha situación de que esta Deputación ten que devolver ingresos a maiores etc., pois ata votan man de 150 mil euros de remanentes, ou sexa, que se chegan a ter un euro, se chegan a ter un euro, tamén votan man disto. ¿Cal é o destino? Bueno, pois obviamente chapapote, que isto nunca falte, están as municipais á porta, polo tanto hai que soltar as máquinas por aí, con surtidos de chapapote; un convenio coa Federación de fútbol polo campo de Coia, que a verdade non temos opinión formada sobre a súa necesidade; e sobre todo vaise a un crédito de 10 millóns de euros, adiantando ó do ano, ó que estaba previsto o ano que vén para ese plan plurianual. É moi sorprendente que cando hai unha norma, compartas ou non, que esa é outra cousa, iso nós non o compartimos, pois, se faga unha trampa, fágase unha trampa do calibre de que se para o ano que vén non a poden endebedar, pois, collo adianto un endebedamento para este ano, ou sexa, non sei, o obxectivo de endebedamento que vostedes comparten, por outro lado é fundamental recortar o endebedamento, pois, non digo que non estamos, nós non estamos de acordo, nin estamos de acordo coa medida concreta nin en xeral, vostedes están de acordo en xeral, e coa medida concreta pois, como non a fixeron vostedes, non, pero senón estarían, pois adiántanse. Miren, ¿como llo explicaría?, ¿cantas obras do plan plurianual teñen adxudicadas?, moi poucas. ¿Cantos compromisos hai para, as necesidades para pagar, dos cartos que xa hai para ese plan?, moi pouco, case nada, case nada. Polo tanto, moi dubidoso que sexa necesario para manter o plan pedir este crédito, pero que nós saibamos, neste plan había un 20% dos 70 millóns, e 14 millóns adicados ó dedo do Presidente, bueno, non sei se ó final axustaron as contas, creo que si, quedou en 11 polo plan de emprego, pero aínda hai 11 millóns para o dedo do Presidente. Ou sexa, que dos 70 millóns que ten ese plan, nestes momentos non hai ningunha necesidade de ir a este crédito, ningunha, porque non están, non hai compromisos adquiridos, porque vai retrasadisimo, estamos ó final do 2010 e está retrasadisimo por un lado, e por outro lado, teñen o fondo ese do recurso, esa bolsa para o dedo do Presidente, que é unha cantidade maior, ca que van pedir a crédito. Ben, empecei dicindo que o que veña detrás arregle, a súa política é gastar, que se acaba o mundo, obviamente, nestes momentos de pre-municipais, isto refórzase dunha maneira esaxerada, xa adiantándose, non vaia a ser que haxa a máis mínima posibilidade de que esta Deputación teña un, en fin, un axuste razoable en función dos ingresos da situación económica, e que teña limitacións para que o Presidente faga a súa campaña electoral, cos candidatos que bendiga el, como Presidente provincial e demais, e que teña a máis mínima limitación, porque non hai outra lectura posible, non hai outra lectura posible disto, ou sexa, mire vostede, ou sexa, esta casa, esta casa está a día de hoxe, no 96% de endebedamento, con isto vai a pasar do 104, do 104, eu creo que as cifras son axustadas, están maquilladas, eu creo que vai a pasar do 110, que é o máximo legal que faría que entrase na UVI, levan en inestabilidade tropecentos anos, levan en inestabilidade tropecentos anos, e que eu, cando hai concellos, cando hai concellos, como hai aquí este ó lado, que está nunha porcentaxe de endebedamento do 46%, e temos que aguantar que vostedes digan que está arruinado co 46%, con menos da metade do que hai aquí, oiga, a min non me casan, fagan unha …, a min non me casan as cifras, ou sexa, ¿como é posible que co 100%?, ou sexa, nestes momentos esta casa debe 116 millóns de euros, 116 millóns de euros, ou sexa, vai a pasar a deber 126, ou sexa 21.000 millóns de pesetas, cuns recursos que baixan e que probablemente, ou sexa, o que ten un ano, probablemente vai a estar por debaixo dos 110 millóns para o ano que vén, en termos reais, nestas propinas que hai a ultima hora, ou senón, para dentro de dous anos, vai a estar en 110 ou baixar. Bueno, nesta situación, non lles dá por pensar que hai que axustar algo, que hai que axustar algo, e que sigan na política, non de que os recortes son doutros lados, e aquí non se recorta nada, pero o endebedamento segue, o estrangulo económico segue, sen límite, vostedes creo que colleron esta no 2003 cun 40% de endebedamento, e sen ningunha medida de axuste real, que permite dicir, bueno, estamos pasando un mal momento, hai que facer un experimento de investimentos, pero vamos ir axustando, ¿verdade?, vese algún intento de axustar a dinámica desta casa, dinámica económica, para deixala máis ou menos solvente. Ou sexa, parece que no ano 2011 para vostede acábase o mundo, ou sexa, hai que gastar o que faga falta e máis, o Presidente pode ir por aí, polos concellos a dicir, vou a facer, vou a facer, non vos preocupar que vou a facer, segundo conveña, nuns casos vou a facer, e noutros non vou a facer, segundo conveña, etc., …. Entón, recortan onde nunca recortaron, é a primeira vez, que eu saiba, que o Museo se lle quitan cartos, se lle quitan millón e medio de euros, gastan onde é posible recortar. E por certo, a vez pasada aceptaron incorporar un plan provincial de emprego que se acaba agora, iso esquécelle, non o meten, ou sexa, está claro cales son as súas preferencias á hora de gastar, gastar, e gastar sen ningún límite, sen ningún criterio, o único criterio que se deduce destes catro puntos, obviamente é 2011, 2011, 2011, gastar, gastar e gastar sen límite, usar esta Deputación como …, teñen uns cantos problemas con candidatos, teñen uns cantos problemas de mocións de censura, teñen uns cantos problemas de reforzar, teñen uns cantos problemas de intentar chegar, e iso parece ser que non chega facelo con política, que iso é lexítimo, non, non, faise usando a fondo esta Deputación para, arruinando literalmente esta Deputación, que a colleron nunha boa situación económica, nun boa situación e tal, arruinando para facer as súas, a súa campaña, a súa, a súa venda de favores e ademais, en fin, é bastante, bastante ignominioso facer isto nesta situación. Despois, obviamente, non nos gusta ir a outro lado, pero bueno, o comparativo, despois resulta que a desgraza deste país ou deste Estado é o déficit público, a desgraza deste Estado é que as administracións están infladas, etc., pero xusto todo o contrario do que están facendo aquí, e nós somos partidarios de facer o contrario, pero cun pouco de rigor, isto non ten ningún, isto é un disparate, é un disparate en toda regra, que xa digo, habería que remontarse alá no ano 90, 91, 89, para ver algo parecido, ou sexa, vostedes, aquí houbo, daquela houbera unha sucesión que fora do finado de Cuíña por Mera, e o Sr. Mera fixo unhas declaracións gloriosas, que di que “se o Sr. Cuíña era un artista do chapapote eu vou ser o rei”, efectivamente, tanto foi o rei que arruinou esta casa, deixouna feita un patio, e vostedes parece que queren simulalo. Se aqueles eran, despilfarraban o que non había, nós, nós, dez veces máis, xa non sei se emperador, se aquel, non, como Carlo Magno, non o sei, pero isto dende logo non ten límites e creo que unha voltiña de axuste, ¿verdade?, de rigor, de seriedade, cumprindo, facendo política, evidentemente, pero home facendo una serie de políticas, pero non isto de haxa os cartos, non están comprometidos, vamos a dez millóns máis de crédito, ¿para que?, por se chegan as certificacións do plan, por se chegan, por se chegan, porque non se ve por ningún lado que cheguen, porque non están adxudicadas nin están feitas as obras, e hai consignación de sobra para facer fronte, por se chega, verdade, se o, obviamente, como o Sr. Presidente non vai ter dez, quince ou cincuenta millóns, para dicir aquí colócoos, aquí nos coloco, segundo me peta, faltaría máis, ala, o asunto é utilizar esta, repito, e con isto remato, esta casa, sen límite para facer a súa, a política partidaria, ou sexa, ninguén con dous dedos de fronte pode pensar que esta Deputación se pode xestionar desta maneira, a ningún de vostedes se lle pasaría pola cabeza xestionala senón fora porque o que están pensando non é nesta casa, están pensando en como, en como mover o Partido Popular, tanto internamente dentro do Partido Popular, despois xa o veremos, como cara fóra, cara os resultados e a través desta casa, non están pensando nesta casa, o fenómeno estase agravando cada vez máis. Nada máis por agora. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Bos días a todos. Pola nosa parte, en relación coas modificacións de crédito tanto do Museo como do Patronato, en primeiro lugar co Museo, non sabemos realmente a que se vai dedicar ese millón e medio de euros en obras; e en canto ó Patronato, a estas alturas, faltan dous meses para terminar o ano, gustaríanos que o responsable do Patronato nos dixera en que se van a investir 1.070.000 euros, faltan dous meses, o próximo ano está aí, o forte do turismo está nos meses de verán, e non vemos que necesidade hai de meterlle agora ó Patronato 1.070.000 euros. En canto ós puntos 4 e 5, estamos vendo aquí que se vai polo mesmo camiño de sempre, endebedar cada vez máis esta casa, vaise chegar rozando o límite, faise un axuste hacia arriba, non se fai unha estabilización, faise un axuste hacia arriba, rozando o máximo permitido. O mesmo, o Interventor no seu informe, di que a situación aconsella reducir o endebedamento, así como reducir os gastos correntes e estruturais de tal xeito que a solvencia da Deputación non se vexa comprometida, estamos vendo que se se aproba isto vámonos a ver cada vez moito máis comprometidos, moito máis, vaise a un crédito, adiantándose por se non hai posibilidade de facelo no ano que vén, como dicía o Portavoz do Bloque, o Presidente ten aí once e pico de millóns de euros que se podía reducir este déficit, e non sabemos que vai pasar con eles, hai unha serie de baixas nas obras xa adxudicadas, que tampouco sabemos que vai pasar con elas, e o plan anticrisis leva dous anos, estaba para tres, tería que ter aprobados o 75% dos proxectos, unha media normal, estamos nos vinte e tantos, a verdade é que non entendemos o que se segue facendo nesta casa. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Otero, ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, despois de escoitar ós dous voceiros, e por suposto respectalos, pero dicirlles que, bueno, que se mira que tecnicamente non entraron na cuestión, aquí só son pois discursos, puramente mensaxes políticos. Sr. Mosquera, me parece moi ben, mire, ¿sabe cal é a diferenza?, que nós pagamos e pagamos en menos de 45 días ós provedores, e ás asociacións e colectivos sociais e culturais, están todos ó día, porque se lle paga cando se compromete unha cantidade e cando está no presuposto. ¿Sabe o que fan vostedes?, meten as facturas nos caixóns e despois pasa como pasou na Xunta, que deixaron 2.600 millóns aí apalancados, de déficit e de débedas pendentes, que tiveron que pagar os que viñeron detrás. Iso é o que fan vostedes, vostedes fano moi bonito, cadran os números, trasládanlle á prensa a mensaxe, porque é o que teñen que facer vostedes, comunicar, a mensaxe de vostedes é comunicar, pero cando chega a verdade, a realidade, cando deixan de gobernar as institucións aparecen as facturas dos caixóns; recoñecementos extraxudiciais de crédito nesta casa hai pouquiños, só hai que analizar a maior parte dos concellos, algúns ata 11 millóns de euros, levaron algúns, ata de 11 millóns de euros. ¿Sabe o que son?, 2.000 millóns das antigas pesetas. Aquí non ocorre isto, porque nós facemos a previsión e pagámoslle o comprometido ou o que se compromete e o que se decide politicamente en cada caso e nas ordes de subvencións que hai. A día de hoxe lle podo dicir que a maior parte, o novenda e pico por cento de colectivos sociais, culturais, deportivos, todos eses que teñen acordos, subvencións, convenios, con esta casa, cobraron todos, todos, todos. Ós provedores se lle está pagando a 45 días, nós podíamos disfrazar as cifras, podíamos disfrazalas, meter as facturas e chegar a Intervención e dicirlle ó Sr. Interventor ó caixón, ou senón os responsables políticos facer uns caixóns grandes e meter aí as facturas e cando chegue o final do mandato coller e sacar todas as facturas, iso é o que pasa normalmente, habitualmente, en moitas das institucións gobernadas por vostedes, aquí non ocorre iso, non ocorre iso para nada. Claro, mire, cando alguén di que o turismo hai que promocionalo en agosto ou no verán é que non ten nin puñetera idea, con perdón da expresión, con perdón da expresión, é trasladar unha mensaxe calquera, o turismo hai que promocionalo agora, na temporada baixa, no inverno, para que no verán veñan os turistas. ¿Ou que quere vostede?, promocionalo o 1 de agosto. E mire, os datos están aí, eu non quero ser arrogante nin petulante co tema turístico, pero aí están os datos, algo faríamos nós para ser a provincia, a quinta provincia de España que máis turistas porcentualmente visitaron en España, viñeron de España, din hoxe os medios, a quinta provincia de España, algo faríamos, algo faríamos, digo eu, digo eu, ter ó sector pois satisfeito con nós, que se fixeran campañas de promoción, pero tamén dunha maneira silenciosa, tranquila, calada, iso fíxose. O Museo, é unha contradición o que está dicindo vostede, se o Museo ten remanentes o lóxico é que utilice os remanentes para seguir mellorando e facendo pois os proxectos de musealización que se necesitan. ¿Que sería mellor?. ¿Acudir a crédito?. Sr. Mosquera, non me fale vostede de discriminación, porque se hai unha cidade que está beneficiada en Galicia e en España dunha Deputación é a cidade de Pontevedra, ou o Museo non conta, Pasarón non conta, Monteporreiro non conta, ¿que quere que lle faga?, un relatorio de todo o que se investiu na cidade de Pontevedra. Home, eu creo que vostede tiña que estar un pouco caladiño, porque se hai unha institución que lle apoiou a vostedes é esta casa, cousa que vostedes non fan cando gobernaron a Xunta de Galicia, onde gobernou o Partido Popular o discriminaron, ou quere que lle poña eu casos, eu vivín tres anos esa situación, en primeira liña ademais, é dicir, a nós nin cando viña un Conselleiro á cidade de Vigo nos chamaba para dicir que viña, se reunía co grupo político correspondente e nós sendo goberno nin nos chamaban. Lle poño cen exemplos, non un, cen, e os concellos pequenos xa non quero nin contarlle o que fixeron vostedes con eles, algúns, algúns nin os plans case obrigatorios, e aquí nesta casa hai 70 millóns de euros que vostedes saben que se fixeron por distribución, por distribución xusta, como ten que ser, como ten que ser, cun beneficio claro á cidade de Pontevedra, evidentemente, iso está aí, está nos datos, está nos papeis, pois esa é a diferenza. Mire, e agora o único que traemos desta modificación do plan de estabilización do plan económico financeiro, é un adianto do ano 11 ó ano 10, evidentemente, se o goberno de España nos asfixia ás administracións, home, algo de imaxinación temos, e como di o anuncio de Media Markt, “tontos non”, é dicir, “tontos non”. Que o goberno de España nos asfixie ós concellos das administracións locais, vale, pois nós non estamos de acordo, xa o dixemos e o denunciamos, pero, home, nós tamén temos que buscar as nosas fórmulas para poder facer as nosas políticas e os nosos programas e as nosas actuacións, e o único que se fixo aquí foi adiantar a anualidade do 2011 ó 2010, o préstamo, pero se reduciron, iso non o di vostede, tres millóns de euros, non o di vostede iso, iso non lle é positivo e polo tanto o omite, eu creo que está perfectamente claro, vén vostede agora aquí con chapapote, chapapote que son catrocentos e pico mil euros, quiñentos mil euros. Bueno, se vostede non sabe, por exemplo, fala, cuestiona unha instalación deportiva, pregúntelle ó concelleiro de Deportes de Vigo se esa instalación é necesaria ou non, o que tiña que facelo é o concello, que non a fixo, que está lamentable, que leva 25 anos alí destrozado, os rapaces e as rapazas de Vigo que non poden xogar, supoño que, home, algo para Vigo tamén, digo eu, digo eu, xa que non o deixaron investir en Vigo, xa que tiñamos un proxecto de 30 millóns de euros e non os deixaron investir, porque ata se dá esa circunstancia. Mire que é grave, que a Deputación de Pontevedra queira investir en Vigo 30 millóns de euros, nun complexo deportivo, e o concello o negue, lle negue a cesión dos terreos, imaxínese vostede o grave que é a situación. Estamos esperando polos terreos do colexio alemán, 3 millóns de euros de inversión, que tampouco nolo ceden, esa é unha incompetencia total e absoluta, onde queremos investir non nos deixan e vostedes onde se inviste non o agradecen. Porque claro, eu creo que discriminación á cidade de Pontevedra, home, eu creo que moi pouquiño, nós tiñamos a previsión tanto para Vigo como para Pontevedra, equilibrada. Para Pontevedra o que se investiu, que a min me parece razoable, eu son de Vigo e me parece razoable, mire o que lle digo, porque é unha cidade que ten demandas e que ten necesidades, pero tamén Vigo, e en Vigo non nos deixaron investir o que tiñamos previsto, que curiosidades, que cousa máis estraña, fale cos compañeiros vostede de Vigo e que nos faciliten a posibilidade de investir na cidade de Vigo, é que non nos deixan, é que temos diñeiro no presuposto que non podemos investilo. Claro, resulta que o alcalde de Vigo quere aceras só e nós non queremos aceras home, queremos darlle tamén ós rapaces que poidan ter pois os espazos de ocio, de recreo, que as asociacións culturais poidan seguir facendo a súa actividade, que as asociacións sociais que cada día teñen máis necesidades, se poidan ver incrementadas pois as posibilidades dos seus presupostos, etc., etc. Home, aceras, 15.000 millóns de pesetas en aceras, iso foi o que se investiu na cidade de Vigo, 15.000 millóns de pesetas en aceras. Bueno, pois esa é a situación, polo tanto, home, Sr. Mosquera, eu creo que ademais aquí traer agora cuestións de transfuguismo e de pactos e de apoios, home, eu creo que despois de todo o que fixeron algúns ultimamente coa decisión que tomaron, eu creo que xa cheira toda esa historia, cheira que sexa, vostede, a mensaxe forte de vostede e o que quere trasladar á cidadanía é o apoio desta Deputación, esta Deputación está apoiando a todos os concellos da provincia, cousa que vostedes cando estiveron na Xunta de Galicia non o fixeron, cousa que non o fixeron, que discriminaron absolutamente a todos os concellos gobernados polo Partido Popular, e nós estamos dando un exemplo claro, claro, de que se inviste, segundo evidentemente o que cada concello ten, número de poboación e de superficie e nos criterios correspondentes en cada un dos casos. Polo tanto, eu pido o apoio a esta modificación, e non se preocupen, esta casa é moi solvente, ten liquidez suficiente e ten garantías suficientes de que a política económica que se está a facer é a correcta, o que pasa é que a vostede lle gustaría, bueno, pois que estivésemos asfixiados ou que tivésemos as facturas nos caixóns, ou que non lle pagáramos á xente. Se hai un exemplo de administración que paga ben, e se hai un exemplo de administración que cumpre, é esta, é esta, é a Deputación de Pontevedra, diso non lle quepa ningunha duda, ningunha duda. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Por algunha alusión que fixo o Sr. Mosquera, quixera dicirlle que, parece que debeu ser o cambio de tempo de hoxe o que lle afectou, ¿non?. Sr. Mosquera, había que dicir aquilo de “quién te ha visto y quién te ve”, porque eu recordo a reunión onde estabamos os tres portavoces e eu mesmo, por iso voulle a dicir algunha cuestión, porque vostede non pedía que fixéramos un plan de investimentos ou plan anticrisis de 70 millóns, vostede pedía que fixéramos un plan de investimentos de 150, o dobre, o que pasa é que esa reunión era pechada, era nunha sala pechada, e, vamos, a vantaxe que temos é que había testigos do mesmo. O que pasa é que claro, se aproxima, se respira ambiente preelectoral, entón ten que dicir, miren como unha institución gobernada polo PP tamén pode estar, evidentemente, pois empeñada, por dicilo así, que é unha palabra coloquial que todos entendemos, entón como se respira ambiente preelectoral, o Sr. Mosquera tense que poñer dramático. A verdade é que eu creo que de actor non o faría nada mal, téñoo visto con algún traxe por aí, e non lle coñecía esta faceta, pero a verdade é que probablemente non o faría nada, nada mal. Pero, xa digo, a pena é que en política, igual que na vida persoal, hai que ser coherente e vostede parece que deixou, hoxe a coherencia deixouna na casa, debeu ser coa choiva, deixouna na casa, porque vostede era quen pedía, evidentemente, hipotecar aínda máis, hipotecar por encima das posibilidades desta casa, está hipotecada en algo razoable, que entendemos razoable, non comparativamente con outras que lle podía citar aquí algunhas onde vostedes tamén asoman a cabeza, non é que a lideren, porque vostedes fan gobernos deses compartidos, e en todo caso se suman de comparsa nalgún caso para que outros lideren o proxecto. Pero eu, me gustaría, porque lle dicía ben o Sr. Figueroa, que en catro anos non se fixo absolutamente nada, dende o goberno bipartito con esta institución, vamos, nin nos recibían. Pero eu lle recordo ó Sr. Mosquera que vostede vería, que se vostedes gobernaran esta institución, cuestión que non pasou nin vai a pasar, evidentemente, nin por asomo, claro está, que vostedes estiveran agora acometendo unha inversión, para poñerlle exemplos que lle son próximos, unha inversión en Salceda, en Bueu, por exemplo, onde ese están investindo agora mesmo pois cantidades importantes, que se vamos co plan de investimentos máis as dúas actuacións importantes que se están facendo, cercanas ós tres millóns de euros, vostede concibiría que nós gobernando aquí na Deputación e vostedes gobernando na Xunta de Galicia, que serían capaces de, dalgunha maneira, de destinar, aínda que só fora un só euro para un goberno do PP, iso era imposible, era inconcebible, porque non pasou, o trato de vostedes, que compartiron de comparsa tamén na Xunta de Galicia, foi sectario, ante todo aquilo que dalgunha maneira tocaba Partido Popular. Pois nós sen embargo, a diferenza que falaba, de que evidentemente gobernamos en concellos, ou que colaboramos con concellos onde houbo mocións de censura, colaboramos con todos, con todos, incluso, evidentemente, tamén, por suposto, como non podía ser doutra maneira, onde haxa alcaldes, neste caso nacionalistas, esa é a gran diferenza Sr. Mosquera, do trato duns e do trato doutros. E do Partido Socialista que fixo algún comentario, pois evidentemente non teñen autoridade moral para poder falar, evidentemente, de quen se endeuda máis ou quen se endeuda menos, porque xa vén a onde nos están levando, á ruína deste país, o Partido Socialista, polo tanto dar leccións agora o Partido Socialista, de austeridade, a verdade é que chega tarde, chega tarde, porque é o responsable, como digo, de levarnos a esta situación na que estamos vivindo, e que todo parece indicar, de calquera maneira, que aínda pode empeorar. Pero esa é a realidade, por iso sorprendido, eu creo que estamos especialmente o Sr. Figueroa e máis eu, máis outra persoa que estaba, pero que xa non está na sala, de que vostede agora pois nos faga ese papel de drama, porque parece ser que se respira ambiente preelectoral e ten que dicir que, trasladar á opinión pública de cal é a situación económica, dicindo que é dramática a da Deputación de Pontevedra. Pois non é así, temos evidentemente folgos e fuelle para poñer en marcha moitas cousas aínda, e polo tanto estea tranquilo que a casa mentres estea gobernada polo Partido Popular estará ben dirixida e cun bo rumbo. E se lle fixera falta algún dato tamén, para vostede e para o Partido Socialista, dicirlle que agora mesmo do Plan anticrisis se leva adxudicado máis do 70%, do propio plan, e hai unha cantidade importante que está prevista de gasto total no ano 2011, que non se poderá adxudicar ata, neste caso, no mes de xaneiro do ano próximo. Polo tanto, podemos dicir que neste momento, descontada esa cantidade, está por encima do 85% adxudicado de todo o plan, de todos os concellos que vostedes utilizaron como cantinela durante algún tempo, o cal lle valeu, evidentemente, bueno, pois para utilizar de crítica a este goberno. Pero pouco máis de aí dá o asunto, porque cando todo vai como vai pois ó final as verdades se saben, e por iso o bo funcionamento desta casa. Sr. Mosquera, ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Non supoñía que unha descrición moi reiterada por outro lado e avisada xa hai tempo ía provocar esas ronchas, iso de que “o que se pica allos mastica”, parece que o seu portavoz estivo floxiño cando vostede ten que saír a corrixirlle, paréceme ben, son un equipo e se alguén falla pois vén o outro, ou se falla substitúeo outro, que para iso hai, coma no fútbol, ¿non?, que se poden cambiar e tal, pois pódese cambiar pero xogar dous, xogar dous, iso aínda non está, ¡ah!, pero aquí invéntanse e xogan dous ou tres. Home, fai vostede unhas afirmacións francamente curiosas, a ruína deste país, pero non era que era o bipartito quen arruinaba este país, e agora que está Feijoo vai bárbaro, ou hai unha disfunción no concepto, no concepto de país, digo, se cadra é que hai unha disfunción, ¿non?. Cita aquí o Plan anticrisis, reunión secreta, non, mire, eu din publicamente as cifras que propoñiamos, dinas publicamente, por escrito, co cal non hai nada que discutir. Primeiro, aquilo era concibido doutra maneira; e segundo, levaba asociado outro tipo de medidas que vostedes non quixeron tomar. Bueno, senón quixeron tomar pois é decisión súa, pero supoñía un recorte no gasto corrente, no capítulo 2 e 4, e supoñía toda unha serie de cousas e demais. Está aí, está publicamente, é cuestión de buscar o documento, senón creo que aínda os teño no pen, ou sexa, que non habería ningún problema, pero fíxenos públicos, ou sexa, que non houbo ningún cambio nin o vai haber. Fai unha referencia do vestido, Sr. Louzán, reláxese, vístase de Feira Franca e disfrute, non sabote a Feira Franca, porque puxo en marcha, digo, supoño que sería a referencia ó vestido, supoño, reláxese, non hai maneira de velos disfrutar da Feira Franca, sofren con ela, sofren, vístanse e reláxense, caramba, agora a festa xa é de todos, digo eu, independentemente de que a votara quen a votara a andar. Mire, que facer unha referencia a iso, paréceme, quixen entender, se cadra facía outras cousas, vaia vostede a saber, porque eu disfrazarme de, digo, como era persoal, eu disfrazarme, vamos, de poñer smoking ou poñer así, uniforme e garabata, non o fago habitualmente, entón non sei, se é un vestido raro, imaxínome que sería polo da Feira Franca, reláxese, reláxese, e disfrute dela, que non lle vai a pasar nada, deixen de sabotala, que aí non se gañan nin perden votos, caramba, seguen, seguen, seguen erre que erre. Sr. Figueroa, parece que non ten moitos ouvidos, eu creo que se dixo que para promocionar o momento máis oportuno … era no ano 2009, estes son remanentes. A primeira sorpresa, que sobren cartos do 2009, primeira sorpresa de un millón e pico; e segunda, pois que para o ano que vén, que en principio, bueno, é para este ano, pero realmente é para incorporar para o ano que vén, pois é para que vostede teña para repartir por aí segundo lle conveña, porque non hai ningún motivo, ou sexa, que o orzamento do ano pasado non o deron gastado e este ano queren gastar moito máis, a verdade, sorprendente, cando non hai razóns sáese por onde se, por onde se sae. Segue coa trécola que lle apuntan por aí, supoño, de facturas, caixóns e demais, non se atreveu a dicir onde, gastos excedidos e demais, nesta casa podíamos falar un pouco. Bueno, Pasarón e Museo que citaron, máis outras que hai por aí, podíamos falar un pouco, pero non creo que sexa cuestión de falar aquí de cuestións concretiñas, bueno, votar man da discriminación de Pontevedra, é curioso, ninguén citou iso, ninguén citou iso, pero si hai que citar o de Vigo. Miren vostedes, se queren gastar os 30 millóns en Vigo gástenos, o que non sei eu é de onde vai saír, non se preocupe, apúntanme e parece que o teñen por escrito, que cando queiran, pero ¿de onde van saír os 30 millóns?, ¿de onde van saír?, ou sexa, ¿esta casa está para meter 30 millóns?. Bueno, é o mago das finanzas, non hai ningún problema. O que si é certo, o que si é certo, é que neste Plan anticrisis ou como se chame, provincial, a Vigo deixárono fóra, iso é o que é certo, iso é o único que é certo. Entón, enfabular e dicir, non, non, é que si, máis, tal, pero na práctica poden montar o embrollo que queiran, que o certo é que nada, nada, a día de hoxe nada, é o único concello da provincia que non se lle dou un euro, digo, as cousiñas claras e o chocolate espeso, dicir, non, é que estabamos dispostos, gásteos, non hai ningún problema, teñen …, estamos, pero non o fan, non o fan, e como vostede di que lle parece moi ben o que se gasta en Pontevedra, eu tamén lle digo, non son aquí Deputado, non somos Deputados dun sitio ou outro, aínda que coñezamos mellor un caso que outro, este caso é de toda a provincia, e de toda a provincia o único concello que non levou un euro no plan interanual foi Vigo. Os feitos están aí e polo tanto se algún día o queren corrixir corríxano, e senón, pois alá en Vigo que falen do asunto e demais, eu aquí creo que temos a obriga de deixalo, de deixalo. Non contestou unha cousa, nin un nin outro, supoño que terá que intervir un terceiro, se cadra, para contestar, porque igual foi un lapsus, que é, ¿por que?, ¿por que non fan algún esforciño por recuperar, prorrogar, manter, o Plan Provincial de Emprego?. Bueno, foi unha pregunta da vez pasada, deses 14 millóns quitaron 3 para o Plan de Emprego, á parte de ser igualitario, é sorprendente, pois cumpriu a súa función, e parece ser que con relativo éxito, e agora acábase e non fan ningún esforzo por mantelo. Ninguén contestou, supoño que sería un lapsus, pero xa digo, non temos problema en que interveña un terceiro ou un cuarto para explicalo. Ningún problema. Sorprende moito máis que o Sr. Figueroa, que teoricamente é o responsable económico desta casa, non sepa que para chapapote van 700 mil, vai algo, que máis dá, chapapote non ten límite, que máis dá que sexan 300, 3 millóns, 700, o que lle faga falta, e agora en período preelectoral fai falta máis, polo tanto o que faga falta, sorprende, sorprende o asunto. Mire, para o ano que vén, e xa acabo, porque isto non dá máis de si, para o ano que vén, as administracións locais que superen o 75% de endebedamento non poden recorrer a crédito, esta casa supérao, está no 96, e polo tanto por iso adiantan este crédito para seguir gastando alegremente, e vai pasar ó 104%. Eses datos é os que non me dou contestado ningún, non sei se terá que vir un quinto a corrixilo, ou sexa, ¿nestes momentos a débeda da Deputación son 116 millóns de euros ou non?, ¿con este crédito a débeda da Deputación vai pasar a 126 millóns de euros ou non?, ¿é certo que con este crédito vamos pasar largo do 100% do endebedamento?. Ben, e é certo que non se fixo ningún esforzo, o primeiro que se ve aquí de recortarlle ó Museo, para musealización ou o que sexa, recortarlle cartos ó Museo, ¿é certo que non se fixo ningún esforzo real por pasar a tesouro e racionalizar o gasto corrente e o gasto, vamos o capítulo 2 e 4?, nesta casa, á parte de axustes formais, ¿é certo ou non?. E iso están aí as contas, se alguén se atreve, pois ata o 12 poden ir respondendo a ver en que tal. O certo é iso, e o certo é que esta casa antes da crise económica xa, ou sexa, esta casa no ano 2004 estaba no 40% de débeda e neste caso é máis. Se vostedes, vostedes, incluso alguén común, como pode ser a Sra. Pedrosa, pero vamos, ou noutros lados, noutros lados, seguro que vostede en Vigo ou o que sexa, poñen o grito no ceo porque un concello estea no 40 ou no 50% de endebedamento, e vostedes aquí están no dobre, non sei como se casa iso. Explíqueno, explíqueno que supoño que con esa florida oratoria darán dado algunha explicación, os datos non creo que os dean cambiado, pero algunha explicación igual dan. Eu creo que con isto pola nosa parte está suficientemente claro, non creo que, en fin, se pode ser, que non haxa que facer turno, non hai, se se meten en máis pataca extra, terá que habelo, e nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Mire, Sr. Mosquera, non vaia a intentar buscar diferenzas vostede entre nós, é dicir, evidentemente, o que pasa é que vostede o único que intenta trasladar é unha mensaxe única e exclusivamente demagóxica, para unha vez máis intentar confundir á opinión pública, intentar manipular. Non é certo o que vostede acaba de dicir, o que si é certo desta casa, ¿sabe o que é?, que esta casa as facturas as paga en 45 días, ¿sabe o que fan vostedes?, as meten no caixón; ¿sabe o que fai esta casa?, non ten recoñecemento extraxudicial de crédito, porque paga coa tramitación correspondente; ¿sabe o que fai esta casa?, consigna as cantidades presupostarias correspondentes para que ós provedores lle podamos pagar, porque nós podíamos agora non facer, non acudir a este préstamo, e que máis dá, no mes de maio pois as facturas que anden por aí dun despacho para o outro, iso é o que fai esta casa, é o que fixo sempre esta casa. ¿Sabe o que fai esta casa?, que as asociacións deportivas a día de hoxe teñen pagada a súa subvención do ano. ¿Sabe o que fan vostedes?, aínda a algúns nin llas comunicaron, no concello de Vigo á algúns nin lla comunicaron aínda. ¿Sabe o que fai esta casa?, ás asociacións sociais, que hai moitas, e que teñen problemas, lles paga, e teñen convenios con ela, e saben dende o 1 de xaneiro o que van a percibir. ¿Sabe o que ocorre nesta casa?, que as bandas de música, as corais da provincia, as mostras folclóricas, o Plan Cultural, que ten a máis de 1.200 colectivos, está satisfeito e ten, e cobra as súas actuacións, esa é a diferenza, o que fan vostedes e o que facemos nós, polo tanto, nós evidentemente temos que habilitar as partidas correspondentes para seguir mantendo esa política, a política do compromiso e a política do cumprimento con cada un dos colectivos. ¿Iso lle molesta?, pois que lle moleste. ¿Que será mellor?, ¿ter o endebedamento x menor?, e despois resulta que cando termine o mandato o que veña por atrás teña que ter un buraco ó mellor de miles de millóns. Non, nós non queremos iso, nós podémoslle asegurar, asegurar que o noso compromiso do noso mandato está perfectamente consignado, e non hai nin unha soa partida no presuposto da Deputación que non teña a consignación correspondente, porque algúns ata fan adxudicacións sen consignación, ata fan a obra, mire, hai algúns concellos que ata fan a obra e despois fan a consignación, buscan o diñeiro e fan un recoñecemento extraxudicial de crédito, imaxínese vostede o que fan. Non sei, parece que estamos nerviosos, parece que están nerviosos, senón tiveron o apoio suficiente no goberno e non teñen votos suficientes pois están na oposición, como nos pasa a outros, como nos pasa a outros, ¿entendes?, como nos pasa a outros, parece que molesta, aquí este é un problema de votos, de votos, de votos e de apoios, e de acordos que non se cumpren, e de enfrontamentos persoais, porque é moi difícil ou é moi fácil chegar, e por carteliños e por persoas anónimas detrás dos carteliños, pero que non se di a verdade de Gondomar, e ¿por que non chegou a un acordo o BNG, o Bloque Nacionalista Galego e o PSOE?; ¿por que non dicides a verdade?; ¿por que non dicides a verdade?; ¿por que non a dicides?. Porque non fostes capaces de poñervos de acordo por problemas persoais, ese é o problema do Bloque nalgúns sitios, que non fostes capaces de poñervos de acordo, que vos obrigaron a votar, e despois non vos puxestes de acordo, pero esa é unha cuestión á parte. O que lle dicía Sr. Mosquera, esta casa ten a solvencia suficiente e a liquidez suficiente, non xere alarmismo, porque vostede está xerando un alarmismo que non é verdade. ¿Que está buscando?. O titular, non, o titular é que esta casa é solvente, que esta casa paga en 45 días, que esta casa ten a consignación presupostaria suficiente para afrontar todos os compromisos e cumprir, esa é a diferenza con vostedes, que meten as facturas mos caixóns e despois cando terminan entón levantan, e cando vén outro goberno e levanta pois ó final ten que pagar o que deixan os gobernos anteriores, aquí non pasa iso, aquí, e ademais hai unha cuestión, esta casa vai a seguir sendo gobernada polo Partido Popular, así que, non teña vostede ningún problema, e polo Presidente actual. Polo tanto, el, como vai a ser o próximo Presidente desta casa, vai a ser o que garantice os compromisos de agora e do futuro, iso non o poden dicir vostedes, mire con que tranquilidade e seguridade o estou dicindo eu, vostedes, se teñen, ¿agora cantos teñen?, catro, cinco. Se teñen tres eu creo que xa sería un éxito de coidado. Sr. Presidente.- Pode ser un pronóstico certero. Sr. Mosquera, nós estamos preparados para eses dous, tres, ningún problema. Vostedes habitualmente son sempre dous contra un, ou ás veces tres ou catro, pero non pasa nada, vostede, o que pasa é que non queren admitir a pluralidade, vostedes que son habituais nese tipo de actitudes. Bueno, pois vamos a proceder á votación entón destes puntos 2, 3, 4 e 5. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións? ¿A favor?. Partido Popular. O Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra” da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o 20 de outubro de 2010 acordou aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/2010, por importe global de 1.659.000,00 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente de modificación de créditos número 1/2010 se financia con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra” correspondente ó exercicio de 2009. Resultando que no informe de Intervención de data 18 de outubro de 2010, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra”, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2010 do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra”, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1. Aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/2010 do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra”, por un importe global de 1.659.000,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 1º Gastos de persoal …………………………….. 52.500,00 euros Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos……….. 6.000,00 euros Capítulo 4º Transferencias correntes …………………….. 12.000,00 euros Capítulo 6º Investimentos reais ………………….……….. 88.500,00 euros Capítulo 7º Transferencias de capital …………………….. 1.500.000,00 euros Total variacións por capítulos………………… 1.659.000,00 euros O detalle do expediente é o seguinte: Créditos extraordinarios: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE SUPLEMENTO 10/833.333.700.00 Transferencia á Administración Xeral da Entidade Local………………………………………………… 1.500.000,00 € Suplementos de crédito: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE SUPLEMENTO 10/833.333.131.01 Retribucións do persoal laboral temporal……… 39.500,00 € 10/833.333.160.01 Seguridade Social…………………………………. 13.000,00 € 10/833.333.226.24 “Merchandising”……………………………………. 6.000,00 € 10/833.333.489.05 Subvención á Real Academia Galega…………….. 12.000,00 € 10/833.333.623.01 Adquisición de maquinaria………………………… 28.500,00 € 10/833.333.629.01 Inversión no Sexto Edificio………………………… 60.000,00 € Total suplementos de crédito…………………….. 159.000,00 € 2. O expediente de modificación de créditos número 1/2010 do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra” será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 3.6005.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 1/2010 DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “TURISMO RÍAS BAIXAS” O Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas” da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o 20 de outubro de 2010 acordou aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/2010, por importe global de 1.070.835,57 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente de modificación de créditos número 1/2010 finánciase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas” correspondente ó exercicio de 2009. Resultando que no informe de Intervención de data 14 de outubro de 2010, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento do Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas”, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2010 do Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas”, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1. Aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/2010 do Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas”, por un importe global de 1.070.835,57 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos……….. 1.070.835,57 euros Total variacións por capítulos………………… 1.070.835,57 euros O detalle do expediente é o seguinte: Suplementos de crédito: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE SUPLEMENTO 10/843.432.226.23 Fomento do turismo……… 1.070.835,57 € Total suplementos de crédito…………………….. 1.070.835,57 € 2. O expediente de modificación de créditos número 1/2010 do Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas” será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 4.6006.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 4/2010 O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 19 de outubro de 2010, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 4/2010, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe global de 13.444.097,00 euros, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que este expediente de modificación de créditos número 4/2010 se financia da seguinte forma: -Con baixas de créditos das aplicacións orzamentarias 10/410.415.779.02 e outras, por importe global de 1.183.627,50 euros. -Cunha transferencia do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra”, por importe de 1.500.000,00 euros. -Con aforro propio procedente do remanente de tesourería para gastos xerais derivado da liquidación do orzamento correspondente ó exercicio de 2009, por importe global de 760.469,50 euros. -Coa concertación dunha operación de crédito-préstamo, por importe de 10.000.000,00 euros. Resultando que no informe de Intervención de data 19 de outubro de 2010, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, e pon de manifesto que o expediente non cumpre co principio de estabilidade orzamentaria sendo necesario aprobar un plan económico financeiro a medio prazo ou modificar o que está actualmente en vigor. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 3/2010, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1. Aprobar o expediente de modificación de créditos número 4/2010, por un importe global de 13.444.097,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos…………. 880.000,00 euros Capítulo 3º Gastos financeiros ………………………….. -1.022.000,00 euros Capítulo 6º Investimentos reais………………………….. 12.522.469,50 euros Capítulo 7º Transferencias de capital …………….……… -120.000,00 euros Total variacións por capítulos………………… 12.260.469,50 euros O detalle do expediente é o seguinte: a) Créditos extraordinarios: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 10/330-323-658.02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (Cerramento perimetral exterior da U.N.E.D.). 30.000,00 € 10/410-172-619.00 OUTRAS INV. EN INFRAESTRUTURAS E BENS DESTINADOS Ó USO XERAL (Adecuación funcional e medioambiental no Lodeiro "Coto de Cutián" pesca fluvial sen morte. 125.000,00 € Total créditos extraordinarios... 155.000,00 € b) Suplementos de crédito: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 10/332-332-227.15 TRABALLOS REALIZADOS POR OUTRAS EMPRESAS, SERVIZO DE PUBLICACIÓNS…………………………………… 70.000,00 € 10/340-341-226.02 DEPORTES, ACTIVIDADES DEPORTIVAS……………………. 70.000,00 € 10/410-415-658.07 INVESTIMENTOS PARA PESCA (Conv. coa Confraría Pescadores San Xulián da Illa de Arousa: 120.000€; liquidación do proxecto de reforma e ampliación da Confraría de Pescadores de Cambados: 57.469,50€). …………………………………………………………. 177.469,50 € 10/456-453-210.01 REPARACIÓNS MANTEMENTO E CONSERVACIÓN DE INFRAESTRUTURAS E BENS NATURAIS………………………. 700.000,00 € 10/456-453-624.01 ELEMENTOS DE TRANSPORTES (Vehículos para Servizo de Infraestruturas)……………………………………………………….. 100.000,00 € 10/457-333-622.01 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (Prox. Complementario do Museo de Pontevedra)…………………………………………….. 1.500.000,00 € 10/920-920-222.01 GASTOS POSTAIS…………………………………………………. 40.000,00 € 10/922-342-652.00 INVESTIMENTOS PARA CONCELLOS, INSTALACIÓNS DEPORTIVAS………………………………………………………. 41.627,50 € 10/922-342-658.00 INVESTIMENTOS PARA INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO (Conv. Federación Española de Fútbol para reforma C. Fútbol de Coia –Vigo)…………………………………………………………………. 590.000,00 € 10/942-942-652.45 INVESTIMENTOS PARA CONCELLOS- INVESTIMENTOS 2009-11, (ANTICIPO PARTE ANUALIDADE 2011)…………………… 10.000.000,00 € Total suplementos de créditos... 13.219.097,00 € Este expediente finánciase con baixas de créditos de gastos, das aplicacións que se detallan, cuxas dotacións son reducibles destinándose a outras finalidades, así como coa transferencia do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra” e con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose as seguintes operacións: • Baixas de créditos: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 10/410-415-779.02 TRANSFERENCIAS A CONFRARIAS E OUTRAS (Financia convenio Confraría pescadores San Xulián)……………………….. -120.000,00 € 10/931-011-310.00 GASTOS FINANCEIROS, INTERESES DE PRÉSTAMOS…….. -1.022.000,00 € 10/942-942-652.45 A CONCELLOS - INVESTIMENTOS 2009-11 (PID-09-00943 Ponteareas)………………………………………………………… -41.627,50 € Total baixas de crédito…… -1.183.627,50 € • Remanentes líquidos de tesourería para gastos xerais e outros ingresos: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 833-710.06 Transferencia do O.A.L. MUSEO DE PONTEVEDRA………………………………… 1.500.000,00 € 931-870.01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios………………………… 155.000,00 € 931-870.02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito…………………………. 605.469,50 € 931-913.01 Préstamos a medio e longo prazo………………… 10.000.000,00 € TOTAL... 12.260.469,50 € 2. Este expediente de modificación de créditos número 4/2010 será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 3. Aprobar a modificación das bases do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2010 no que respecta a “Disposición adicional II. Endebedamento para o exercicio 2010”, á que se lle engade o seguinte apartado: B. Endebedamento da Deputación para anticipar parte da anualidade do exercicio 2011, do “Plan de Investimentos 2009-2011”, por importe de 10.000.000,00 euros. Para afrontar a anticipación de 10.000.000,00 € correspondentes á anualidade do exercicio 2011 do “Plan de Investimentos 2009-2011”, é necesario concertar neste exercicio 2010, a operación de crédito-préstamo, cuxas características son as seguintes: -Importe 10.000.000,00 euros. -Tipo de xuro: Fixo ou variable (Tipo aproximado= “Euribor + 1,50 %”). -Prazo de vixencia: 12 anos. -Carencia: 2 anos. -Prazo de amortización: 10 anos. 5.6007.- MODIFICACIÓN DO ACTUAL PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO DE ESTABILIZACIÓN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Unha vez aprobado o expediente de modificación de créditos número 4/2010, e en cumprimento do disposto no artigo 22 do Real decreto lexislativo 2/2007, de 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria, o Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra co obxecto de corrixir a falta de cumprimento do requisito da estabilidade orzamentaria e do plan de estabilización actualmente en vigor, propón a modificación do plan económico financeiro de estabilización, actualmente en vigor, e que foi aprobado polo Pleno na sesión do día 30 de abril de 2009. Resultando que os importes máximos de endebedamento para os exercicios 2010, 2011 e 2012 son os seguintes: Plan estabilización en vigor Modificación proposta Exercicio de 2010 15.000.000,00 € Exercicio de 2010 25.000.000,00 € Exercicio de 2011 13.000.000,00 € Exercicio de 2011 0,00 € Exercicio de 2012 12.000.000,00 € Exercicio de 2012 12.000.000,00 € Resultando que con esta modificación, aínda que se incrementa o endebedamento previsto para o exercicio 2010, conséguense as seguintes vantaxes: • Poderáselle pagar antes ós adxudicatarios do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra que executen as obras correspondentes a anualidade de 2011 anticipadamente, achegándolles a necesaria liquidez para que poidan facer fronte ós seus compromisos (salarios, provedores, etc.). • No exercicio de 2011 non se solicitará ningún préstamo. • A Deputación de Pontevedra cumprirá co principio de estabilidade orzamentaria no exercicio de 2011 (anticípase un ano) antes estaba previsto que se cumprira no exercicio de 2012. • O endebedamento máximo previsto durante a vixencia do plan redúcese en 3.000.000,00 euros. Considerando o disposto no artigo 22 do Real decreto lexislativo 2/2007, de 28 de decembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria ”, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1.- Aprobar a modificación dos puntos segundo, cuarto e quinto do actual plan económico-financeiro aprobado polo Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 30 de abril de 2009 e publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 102 de data 1 de xuño de 2009, os cales quedarán co seguinte contido literal: “Segundo.- Limitación do endebedamento. - Exercicio de 2010 ……………………. 25.000.000,00 euros - Exercicio de 2011 …………………… 0,00 euros - Exercicio de 2012 …………………… 12.000.000,00 euros Cuarto.- Aprobación, comunicación da modificación e seguimento do plan económico-financeiro modificado. A aprobación da modificación do plan económico financeiro é competencia do Pleno da Deputación (art. 22.1 do TRLXEP e o art. 21.1 do RLXEP). A modificación do plan, unha vez aprobada, será comunicada á Dirección Xeral de Política Financeira da Xunta de Galicia (art. 21.3 do RLXEP). O control do cumprimento do plan modificado realizarase a nivel interno pola Intervención provincial, con ocasión da aprobación do orzamento e da liquidación de cada exercicio. A Dirección xeral de política financeira da Xunta de Galicia é o órgano responsable do seguimento das actuacións encamiñadas á corrección do desequilibrio. Quinto.- Publicación. O plan económico–financeiro modificado, unha vez aprobado polo Pleno será inserido, a efectos exclusivamente informativos, no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, unha copia do plan modificado deberá estar a disposición do público dende a súa aprobación ata a finalización da vixencia do plan (art. 26 do RLXEP). Os demais puntos do plan aprobado no exercicio de 2009, e actualmente en vigor, quedan coa mesma redacción.” 2.-Darlle conta deste plan económico-financeiro modificado elaborado para alcanzar o obxectivo da estabilidade orzamentaria á Dirección Xeral de Política Financeira da Xunta de Galicia para o seu seguimento. 3.-Este plan económico financeiro modificado publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 6.6008.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SANXENXO PARA A CONSTRUCIÓN DUN APARCADOIRO NA RÚA LUIS ROCAFORT (EP-9204) E A URBANIZACIÓN DA ZONA Sr. Presidente.- Punto número 6. Aprobación do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Sanxenxo para a construción dun aparcadoiro na rúa Luis Rocafort, que dalgunha maneira é a estrada provincial 9204, e a urbanización da mesma. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. En primeiro lugar dúas cousiñas, unha, que o punto 6 e 7 o lóxico parece debatelos xuntos, ¿non?. Sr. Presidente.- Si. Sr. Mosquera Lorenzo.- E en segundo lugar, non sei se por parte do goberno ou de quen impulsou isto, que faga algunha explicación previa. Se a vai facer apago e senón pois interveño. Sr. Presidente.- Non, non, pode intervir, despois, en todo caso, é un tema xa moi coñecido. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, profundamente coñecido, demasiado coñecido, ¿verdade?. Iso nace, porque se quere urbanizar a Rúa Luis Rocafort, esa rúa pode supor facilmente, convenio entre a Deputación e o concello para transferir o vial ou non transferilo, depende, pero bueno, en principio para transferilo, pero hai un custe, que vamos a estimar entre 1 e 1,2 millóns de euros, urbanizar iso medianamente ben urbanizado, do cal o concello pois ía a ter que pandar con 400 ou 500 mil euros, así unhas, unhas contas feitas polo gordo. O concello de Sanxenxo como é ben público e notorio, atópase en situación de quebra técnica, como consecuencia dos maravillosos fastos do anterior alcalde, Telmo Martín, e polo tanto ten practicamente imposible afrontar a súa parte para urbanizar isto, correcto. Entón, invéntase facer un estacionamento que pague a urbanización, fálase dun estacionamento de 700 prazas, bueno, en fin, por falar fálase o que faga falta, e búscase esa vía, bueno, pero resulta que esa vía, pois o lóxico sería, pois que esta Deputación transferira o vial ó concello, un vial que non vai á praia nin vai a ningún lado, e polo tanto, fose o concello quen o fixera. Non se fai, ou sexa, non, esta Deputación pois acorda meterse en facer un estacionamento soterrado, eu estiven buscando por aí e ata onde me chega, podo ter algún erro, en Galicia non hai ningunha Deputación, ou sexa, ningunha administración superior a un concello que teña feito un estacionamento, e me parece que en todo o Estado tampouco. Pero bueno, pode ser que, non, un estacionamento dígoo para un concello, para este tipo de funcionamento, que pode ser que haxa algúns e tal, agora é unha estrutura tipicamente urbana, que vai en parte en terreos do concello, en parte en terreos do concello, e que supón toda unha serie de problemas que, francamente, francamente, non ten nin pés nin cabeza, se hai algún exemplo pois creo que non cambia o fondo, non ten nin pés nin cabeza que esta Deputación se meta a facer e xestionar un estacionamento, por mil problemas, que non sexa cuestión de debate de aquí, pero de todo tipo, pois se mañá hai unha rotura de auga, vamos nunha tubería de Sanxenxo, anega o estacionamento, o estacionamento teñen que reclamarlle á Deputación, Deputación ó concello. Se o concello por exemplo fai un cambio de tráfico, e entón resulta, de verdade é que é algo absolutamente inaudito e bastante disparatado nunha rúa urbana, urbana, totalmente urbana, como esta. Claro, ¿como se pode explicar isto?, é dicir, ¿por que unha vía tan fácil?, ¡ah!, ¿que pasa?, que no PP de Sanxenxo hai quen lle está movendo a silla á actual alcaldesa, que son, en fin, pois forofos ou o resto ou o que sexa do Sr. Martín, os Sres. Villaverde, etc., e entón o Presidente ten que andar navegando, nin lle pode dar moitas alas ós contrarios, e tenlle que votar un capote e intentar votalo porque isto probablemente non saia adiante; a Sra. Alcaldesa de Sanxenxo, que á parte das súas características, pois herdou un concello na plena, en plena ruína económica e urbanística. E entón mete, ou sexa, un problema interno, un problema interno, ou sexa, económico do concello, e a líder do PP en Sanxenxo mete á Deputación a facer un estacionamento para darlle un balón, un suposto balón de osíxeno á actual alcaldesa e demais. Francamente, por este procedemento, que non se pelexen e que non haxa líos, á sombra do anterior alcalde, etc., en moitos outros sitios, porque senón esta Deputación vai rematar facendo traídas de augas, digo, urbanas, vai rematar xestionando a luz pública, segundo cadre, segundo cadre a necesidade de cada momento e segundo conveña ás posibilidades. Isto é un disparate, se queren facer o estacionamento, non vou a entrar no fondo do estacionamento, que probablemente houbera que entrar e moito, pero se queren facer o estacionamento que o faga o concello, esta Deputación transfírelle o vial, transfírelle o vial, incluso llo pode transferir coa consignación que se fai nos convenios, para que acaben toda a urbanización, e que o concello se encargue de sacar a concurso e xestionar este aparcamento. Bueno, eu non sei, a min me dá a impresión, francamente, dáme a impresión, de que isto que está aquí é simplemente un xesto simbólico, porque a seriedade da documentación é francamente de risa, ou sexa, estúdase a viabilidade económica dun estacionamento sen facer un xeotécnico, non se sabe se debaixo hai rocha, hai auga, hai areas movidizas ou o que sexa. Francamente, francamente é, a min dáme a sensación de que é, de que é deste tipo, agora, creo, estou convencido, de que a vía era a outra e dende logo meter a esta Deputación neste zarillo por culpa de que se apoie a un, se apoie a outro, non me gusta Catalina, pero tampouco podo tumbala demasiado porque senón me resucitan todos aqueles forofos de Martín, que á parte a cousa non anda nada ben con el, e tal, etc. Mire, de verdade, non ten pés nin cabeza, cando hai unha vía clara, simple e limpa, se o concello de Sanxenxo quere facer o estacionamento, páseselle a vía e que faga o que ben entenda, con todos os papeis eses, xa ten feito os papeis e a documentación para facerlla. Eu pediríalle que retiraran o punto da orde do día porque é verdadeiramente escandaloso, senón entramos a falar polo miúdo das condicións que se lle poñen e demais, do punto seguinte, do punto sete. Por agora eu o que lle pido é que retiren o asunto, que lle dean carpetazo, en todo caso que lle manden para alá o vial, se o quere o concello, e senón o quere alá el, pero dende logo, meterse nesas liortas internas para arranxar asuntos, usando esta Deputación con algo que vamos a ver que futuro ten, porque é un servizo urbano, rodeado de servizos urbanos, que todos os problemas son do concello e a Deputación polo medio, bueno, francamente, francamente non ten pés nin cabeza. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Vamos a ver, este proxecto foi anunciado polo Presidente a bombo e platillo hai case dous anos, cando se estaban a celebrar as eleccións autonómicas, naquelas datas anunciaba o Presidente que ía a ter 600 prazas, polo que vemos neste proxecto agora fálase de 372, e o convenio, a verdade é que no acabamos de entender moi ben, porque creo que para poder levar a cabo isto había que haber expropiado unha casa ou uns terreos, e tal como pon o convenio o concello de Sanxenxo obrígase a realizar todas as xestións e trámites que permiten obter a dispoñibilidade dos terreos. Eu quería saber, ¿quen pagou eses terreos?, se se expropiaron, e por outra parte a Dirección de obra, que o Secretario no seu informe o advirte, que no convenio ponse que o vai a pagar o contratista e que ten que ser por lei que o paga a administración. ¿Vaino a pagar o concello de Sanxenxo ou vaino a pagar a Deputación?. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Otero. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Mire, Sr. Mosquera, só lle vou a dar dous exemplos próximos, o que pasa é que vostede eu creo que se entera pouco do que pasa na provincia, é Deputado provincial pero non se entera de nada. Ponteareas, os grupos políticos do BNG e PSOE solicitan en Ponteareas que a Xunta e a Deputación se fagan cargo da xestión do aparcamento soterrado, como, de xestionalo, claro. Baiona, unha instalación deportiva privada que sae a subhasta nos próximos días, o BNG e o PSOE lle din á Deputación, lle mandan un escrito á Deputación, e hai un acordo plenario para que se fagan cargo tamén de xestionar esa instalación. Mire, Sr. Mosquera, vostede o que quere é que non se faga nada na provincia, ese é o problema que teñen vostedes. Mire, coa situación de crise que estamos a vivir hai que buscar fórmulas imaxinativas para sacar adiante os proxectos e hai que arriesgar, hai que arriesgar, vostedes mesmos no concello de Vigo cando se sacaron 6 aparcamentos públicos, ¡buf!, non sei o que dixeron, e o PSOE, de todo, pois agora sabe o que di o alcalde de Vigo, que un deses aparcamentos é un dos aparcamentos máis modernos de Europa, dixo recentemente, bueno o alcalde de Vigo di que todo é o máis mundial, non, o do mundo mundial o máis, se hai catro mil persoas di que hai catrocentas mil. Polo tanto, vostedes con esa esaxeración tamén fagan os cálculos, se o aparcamento din que é o mellor de Europa pois será o mellor de España, e ela di que ten a mellor calle tamén de España, que vai a invitar a Gallardón, a unha das superficies dos aparcamentos, a inauguralo, tamén unha obra que lle deixamos nós adxudicada. Eu creo que é unha fórmula perfectamente válida, eu creo que vostedes tiñan que sumarse, sumarse a este proxecto, este é un proxecto que debía de enorgullecernos a todos, de poder facelo non só en Sanxenxo, se hai posibilidades, noutros concellos. Sanxenxo necesita un aparcamento, vostedes saben que os concellos pequenos pois é difícil, ás veces, xestionar, xestionar todas estas tramitacións, bueno, pois a Deputación ten un vial alí, e o lóxico, bueno, pois é que inicie e tome a iniciativa, se fará unha concesión pública, e ó final o que xestiona saben vostedes que é a concesión correspondente, coas correspondentes problemáticas que pode haber de titularidades como as hai noutros viais, noutras obras, e noutro tipo de instalacións. O que pasa é que vostedes o que queren é que non se faga, ese é o problema, ese é o problema, o que lle dicía o Presidente, é dicir, vostede non quere nin que se faga nin nos concellos do Bloque, nin do PSOE, nin tampouco nos gobernados polo Partido Popular, eu creo que é un exemplo magnífico do que esta casa pois ten que intentar tomar iniciativas deste tipo cando procede, e ademais con custe 0 para esta institución, que iso é o verdadeiramente importante. ¿Sabe o que é o verdadeiramente importante?. Que Sanxenxo teña máis prazas de aparcamento, porque son necesarias, e ó final o que temos que facer as institucións é colaborar, é tomar iniciativas. Se o concello de Sanxenxo considera que a Deputación, se hai unha titularidade alí, ¿por que non se vai a facer?, ¿cal é o motivo?, ¿hai algún motivo especial?. Non, o motivo de vostedes é dicir non por que non, e punto, e non hai máis, e non hai máis Sr. Mosquera, é que son o partido, agora volven outra vez ó partido do non, e iso é o que ten que molestarlles, home, e vostedes eu creo que teñen que intentar apoiar proxectos que sexan serios, e este é un proxecto serio, coherente, cun estudo de viabilidade, as dificultades hainas, evidentemente que as hai, coa situación económica que estamos a vivir, iso non se nos escapa absolutamente nada, pero que, por facer un proxecto destas características e polo en marcha, ¿hai algún risco para esta casa?, ¿hai algún risco para alguén de xestión?. Non, non, haberá que ver se hai empresas, que iso é o verdadeiramente difícil, empresas que queiran arriscar o seu diñeiro e que queiran facer este tipo de inversións, porque non todas as obras públicas se poden facer con diñeiro público, se está demostrando, vostedes entran na contradición, porque nalgúns lados fan iso e despois cando falan da xestión dos hospitais votan a man á cabeza e confunden á opinión pública, e din que se vai a privatizar, etc., etc., etc., e ó final onde gobernan fan o contrario. Vamos a Baleares, hai partidos de centro esquerda que están gobernando e ó final, ¿como fan a xestión?, o Sr. Blanco chega a Galicia e, ¿como di que hai que financiar?, ou a ponte de Rande a vai financiar con erario público. Non, vai facelo cunha ampliación da concesión de autopistas, punto, e pagará o bolsillo das peaxes de cada un dos que veñan. Bueno, pois eu creo que esa non é unha fórmula non válida, ten que ser unha das fórmulas que temos que empezar a aplicar, as administracións non poden, non poden cos seus recursos públicos, intentar sacar adiante ese tipo de proxectos, hai que compaxinalos e compatibilizalos e por iso nós como grupo pomos e defendemos a proposta desta casa e por suposto a iniciativa. O Presidente coñece moito mellor que nós este tema, para que sexa apoiado e non hai ningún motivo para deixalo pendente, é dicir, os estudos están, hai un estudo de viabilidade razoable, e bueno, o que hai que ter é empresas que queiran. Que por certo, tanto o Partido Socialista como vostedes, pois vaia solares que deixaron coa Xunta de Galicia, ou sexa, que aquí para vir a investir e para animar ós empresarios a que teñan que investir, ¡uf!, tela marinera, é dicir, tela marinera, vamos a ver os plans xerais, como se desenvolven todos os plans xerais, coa demagoxia de vostede da vivenda protexida, 50%, 60%, 70%, é dicir, que máis dá, é dicir, demagoxia si, incluír porcentaxes de vivenda e discursos sociais si, pero despois cando chegamos á hora da verdade, discursos sociais, é que non hai grúas en ningún lado, que os empresarios non queren investir aquí, os empresarios non queren deixar e investir os seus cartos e se marchan a outro lado, iso foi o que fixeron vostedes durante catro anos na Xunta de Galicia, polo tanto déixenos traballar ós que polo menos temos algunha experiencia. Aquí hai varios, hai varios, o de Baiona sacou un aparcamento público sen ningún tipo de problema; Vigo sacou seis; Sanxenxo xa fixo o tema todo do porto cos aparcamentos, iso foi criticado por todos vostedes sempre, sempre criticado por todos vostedes, por todos vostedes. E, en Ponteareas, está moi próximo, o que pasa é que agora ultimamente non deben de ter boa relación co Sr. Mera, xa non está o Mera este, votárono ¿non? … Sr. Presidente.- Teñen lio. Algo de lio hai. Sr. Figueroa Vila.- ¡Ah!, votaron a Mera, non, agora xa non teñen boa relación, porque claro, porque se vostede di unha cousa, non sei se o Sr. Mera era da súa corda, é da súa liña, ¿non?. Sr. Presidente.- Non, é unha ramificación. Sr. Figueroa Vila.- Eu do tema do Bloque non entendo moito, téñenme que desculpar, dígoo sinceramente, non son capaz de ver as figuras todas que hai aí dentro, pero se Ponteareas o pide, que está por aí o alcalde, supoño que el saberá máis que eu … Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. A verdade é que eu creo que lle deu unha aclaración ampla, abundante, e que a maiores eu creo que, lle dicía antes ó Sr. Mosquera, que en Vigo creo que o Consorcio da Zona Franca está xestionando varios aparcamentos. Polo tanto, o que pasa é que o Sr. Mosquera non recorda, hai que sacar, van facer un paseo, van facer un paseo pola provincia e levalo a visitar por aí, exactamente, se vamos a unir Vigo con Pontevedra, cando cumpra o Sr. Ministro de Fomento a A-57. Pero a verdade é que nos sorprende a súa capacidade de inventiva, Sr. Mosquera, porque hoxe está sorprendente ata na capacidade de inventiva, en relación, falou de todo menos dos lios que ten o Bloque Nacionalista en Sanxenxo, porque tiñamos ó irmán do alcalde, de Lores, alí, non sabemos o que pasou con el, que xa emigrou, emigrou neste caso o irmán do alcalde Lores en Sanxenxo. Non vamos a falar diso pero vamos a falar do importante, Sr. Mosquera, e o importante é a posta en marcha dunha inversión que supera os 7 millóns de euros, que se hai evidentemente iniciativa privada, se vai a facer en Sanxenxo, nunha das avenidas máis visitadas turisticamente de Galicia. Polo tanto, iso é o realmente importante, e debería, como lle dixo o portavoz do Partido Popular, sumarse a esta iniciativa porque o importante é, primeiro, que non custe nada ó erario público, e o segundo, que dea un servizo público, e se a maiores o xestiona pois unha iniciativa privada, coa supervisión dunha institución pública, pois dá igual que sexa o concello, que sexa, evidentemente, a propia Deputación que é a titular desa carretera. Polo tanto, eu espero que por parte do Sr. Mosquera se sumen a esta iniciativa e poidamos facer canto antes posible ese investimento para ter un servizo público en Sanxenxo. ¿Algunha cuestión Sr. Mosquera?. ¡Ah!, si, pois adiante Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Está claro que o Sr. Figueroa non ten nin idea de que vai e empezouse a falar do que cadrou, pasaba por alí, do que controla, que se o plan de Vigo, un famoso plan que era …, aprobado e non vale para nada, pola vivenda protexida, bueno, etc., etc., o que pasou por alí para encher tempo, e bueno, que é unha técnica moi parlamentaria, non era así moi da administración local, das corporacións, pero bueno, están estando aquí. E que o Sr. Presidente non contestou para nada, para nada, ó que hai, repito, se están todos os documentos tan ben para licitalo, pásese ó concello de Sanxenxo, coa transferencia do vial, e que o faga, e non nos metemos nisto, ¿verdade?. Pero, se é que van, porque en principio o debate do 6 e o 7 é conxunto, ¿non?, quedamos niso. Ben, entón vamos a entrar no 7, e xa avisei antes dalgunha cuestionciña, como que falta o estudo xeotécnico e demais. Pero mire, repito, pido desculpas por anticipado, non nos gusta traer asuntos doutro lado aquí, pero acórdome perfectamente que o Sr. Figueroa neses abcesos, neses arrebatos verbais que ten, chegou a meterse co estacionamento da Praza de España, e o Sr. Presidente tamén, a propósito de que non sacamos adiante non sei que, ben, entón eu con iso atopo a vía aberta e creo que está claro para incorporar isto. Mire, mire, ¿sabe canto custa, canto tería que saír a concesión a 40 anos dese estacionamento de Sanxenxo para que fora viable?, practicamente 20.000 euros, bastante máis caro, como case 2.000 euros máis caro co que sae de aquí a 50 anos. ¿Sabe canto sairía agora?. Sr. Presidente.- Teno aí. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, si, 1,95, 1,95, ou sexa, un que vai á praia e se mete 3 horas e media, 8 euros. Ben, vale. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, diga a verdade, diga a media de todo o ano canto lle custa. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, digo no verán, no verán, no inverno á praia non se vai, polo menos a poñerse en … Sr. Presidente.- Pero Sanxenxo ten moitos máis atractivos que a praia, Sr. Mosquera. É que non se entera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Claro, claro, claro, efectivamente. E no inverno 1,5. Mire, tivemos que escoitar ó seu grupo en Pontevedra, á Sra. Pedrosa e ó Sr. Martín, dicir que era un atraco e que estabamos favorecendo á empresa por poñer a tarifa en 42, e a este póñenlle vostedes 1,5 no inverno e 1,95 no verán. Digo, para falar de cousiñas, pero que o faga o concello, agora como o fai a Deputación si nos metemos, senón non. Mire, sabe que custe lle poñen, 7,3, segundo ese amigo-enimigo seu, porque é obvio, é público que o Sr. Martín está enfrontado con vostede nestes momentos, con pouco máis de 4 millóns xa se facía, o resto eran cazos, o da Praza de España, é un estacionamento equivalente, chamen ó Sr. Martín para que lle faga as contas, para que lle faga as contas, que evidentemente isto, non é só iso senón chame, que faga el o estacionamento, por ese prezo que máis ou menos é igual, que o faga. Mire, verdade, eu creo, -¡ah!, non, si home si, non hai ningún problema-, pero estabamos falando que el chegou a insultarnos no Pleno, dicindo que nunca superamos facer nada tan importante, el sabía o que valía e iso non chegaba ós 5 millóns nin de broma, cando vai a 7 o de aquí, é lóxico, máis ou menos é como o de alí, e este vai a 7,3, ¿verdade?. ¡Va!, mire, a viabilidade deste estacionamento é ridícula, non está xustificada, pero nós non queremos meternos niso, queremos meternos, é que isto teno que facer, teno que facer o concello, é obvio que cando un concello non pode pida o que queira. Pero mire, nos estacionamentos públicos hai dúas cousas, dúas, que funcionan en todos os lados, non me dixo de ningún exemplo de Deputación que xestionara un estacionamento, pero creo que non o hai, outra cousa son a administración sectorial, un porto, unha zona franca, iso é outra cousa. Pero mire, hai dúas cousas clarisimas nun estacionamento público, primeiro, que a xestión directa, pública, que se fixo nos anos 70 todo o mundo a foi abandonando, ¿por que?, porque senón é un problema político, porque está, porque se lle subiu un céntimo, se lle baixou un céntimo, se vostedes, imaxínense que esta Deputación estivese, tivera, fora titular do estacionamento de aí diante, primeiro convenio colectivo que hai, ras, os traballadores á aparcar gratis, cousas dese tipo, ou sexa, iso non funciona, está demostrado que non funciona, ¿verdade?, esa é unha. E outra, que é un servizo estritamente urbano, e polo tanto iso de que non ten consecuencias non é certo, iso, que tal, moi ben, a empresa, que eu creo que vai quedar deserto, pero bueno, xa o veremos, ¿verdade?, colle, pero despois, despois hai problemillas, como que, que por exemplo, o concello modifica as direccións, o estacionamento vai mal, di: “temos menos ocupación por culpa das direccións”, a indemnizar, ¿quen indemniza se é de Deputación?, alá o concello que se entenda con el. Por exemplo, por exemplo, ¿verdade?, pódolle poñer máis exemplos deste tipo, por exemplo, este proxecto non leva carga e descarga, a empresa preséntase sen que arriba, hai un desvío para autobuses, leva carga e descarga; bueno, a empresa preséntase e chega e hai certo lio alí porque aí ten que haber carga e descarga, ¿quen paga ese diferencial, eses lios que pode haber?. Mire, este é un servizo estritamente urbano, déixeno, déixeno en mans do concello, non ten ningún sentido, e saen unhas cifras disparatadas, e aínda así cunha … mal, ou sexa, sae un establecemento caro, carillo, porque tal, porque non hai máis remedio, porque a viabilidade está comprometida. Pero non vamos a entrar niso, repítollo, pásenllo, primeiro, pásenllo a Telmo Martín para que repase as contas, porque sae moito máis barato e sae viabilisimo, o negocio do século, eu creo que se vai a presentar, eu creo que se vaia a presentar, ou sexa que está garantizado, e á parte baratisimo, moito máis barato, bueno, á metade de prezo e todo; e segundo, en todo caso pásenllo ó concello de Sanxenxo, e alá que se arreglen Catalina e os herdeiros de Telmo e máis Telmo co estacionamento e máis co resto. Pero meter a esta casa neste lio, francamente non ten ningún sentido e é un precedente fastidiado, aínda que quede deserto, aínda que non vaian, é un precedente fastidiado, eu de vostedes pensaríao moi seriamente, é meterse en asuntos que non son competencia e que non é, ¿como que o concello non ten capacidade de xestión?. Pásenlle o prego tamén, pásenlle o estudo de viabilidade, pásenlle todos os papeis e que o saquen, é publicalo no Boletín, tomar un acordo e publicalo no Boletín, caramba, non é nada máis, ¿como que non ten capacidade de xestión?. O problema é outro, que é o que dixen antes, e repito, que é que o Sr. Louzán se sinta obrigado a facerlle unha carantoña á Sra. Catalina, é un equilibrio moi inestable en Sanxenxo, que, en fin, hai certos problemillas, e que esta Deputación teña que meterse nunha vía deste tipo polos lios internos do PP de Sanxenxo, o papel que quere xogar o Sr. Louzán, francamente é un disparate. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que podía emplear menos tempo, ó final non acaba de dicir nada, pero, bueno, eu o que lle podo dicir, despois lle dirá tamén o Sr. Figueroa que ten experiencia, adiante. Sr. Figueroa Vila.- … Sr. Mosquera en Sanxenxo vai haber un terremoto dentro duns meses, porque …, todo o peor lle vai a pasar a ese aparcamento, é dicir, mire, Sr. Mosquera, eu creo que hoxe, de verdade, está un pouco nervioso, eu non sei se é, eu non sabía que o Sr. Telmo presentaba a lista, pero claro coa lista que miro aquí, eu creo que está nervioso por iso, ¿xa lla pasaron?, despois lla dou se quere a copia, que xa o fixo oficial. Eu creo que está nervioso con Telmo Martín, de verdade o mira por todos os lados, o pronunciou aquí, levo contado, nove veces, a Telmo Martín, neste Pleno, ¿lle pon tan nervioso Telmo Martín?. Bueno, a Teresa como xa, hoxe, como xa abandona, pois entón, pero está nerviosisimo Sr. Mosquera. Sra. Pedrosa Silva.- Abandona. Sr. Presidente.- Abandona esa faceta. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, seguirá noutras actividades políticas porque é unha persoa querida no partido. O Sr. Telmo está enfrontado co Sr. Louzán, eu entendía todo o contrario, eu dicía que o Sr. Louzán é bo amigo do Sr. Telmo, é ó revés, hai un nerviosismo, teñen un nerviosismo, todo o tema electoral, pronunciounos aí, vostede que di que só hai que falar das cousas de aquí, todo electoral, todo de campaña, de en mocións, todos son candidatos, todos son concellos que se apoian, enfrontamentos, de verdade que non sei. Mire, Sr. Mosquera, apoie este tema que eu creo que é importante, ¿sabe o que lle pasa a vostede?, que se queda sempre descolgado dos proxectos importantes, sempre, vostedes non sei que visión teñen, pero nos proxectos estratéxicos e importantes, sempre están descolgados. Quedaron descolgados hai anos da autopista, ¡quen lle diría!, quen lle diría a vostedes que agora teñen que apoiar a autopista, e piden o AVE, e piden non sei cantas cousas máis, ese é un feito histórico, e nestas cuestións menores, que son importantes para os concellos, home, eu creo que é importante que a Deputación como unha institución, bueno pois representativa da provincia, que ten un vial aí, pois ó final que se implique neste proxecto, este é un proxecto ademais simple, que no momento que se faga a adxudicación, vostede o sabe, que os aparcamentos non soen dar maiores problemas, os típicos, é normal, oe, se hai un cambio de dirección pois é normal que haxa unha diferencia; se hai unha carga e descarga é normal que se contemple; se hai pois choivas e mañá se inunda un aparcamento é normal que haxa dificultades; pero esas dificultades, para iso estamos aquí, todos, é dicir, estamos para intentar xestionalas o mellor posible. Eu lle pediría que se sume porque se vai arrepentir, se vai arrepentir, cando mire ese aparcamento, igual despois, igual lle pasa como ó alcalde de Vigo, que o Partido Socialista votou en contra dos 6 aparcamentos, e llo poño como exemplo, agora temos o mellor aparcamento de Europa e a mellor calle de España, con custe cero ademais, con custe cero. Non vaia a ser que a vostede lle pase igual, que despois teñan que dicir que temos o mellor aparcamento da provincia de Pontevedra, eu creo que se debería de sumar e tranquilizarse un pouco. Nós temos aí unha zona onde temos tila e temos té, se quere lle poden traer unha tila. De todas maneiras, quero aproveitar para en nome do grupo noso felicitar ó Sr. Telmo pola lista que acaba de presentar, que nos acaba de chegar, e parece que é unha lista potente para gobernar o concello de Pontevedra. Sr. Presidente.- Pois moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- A min gustaríame que nos ciñeramos ós puntos da orde do día, porque falar de Vigo e falar de Pontevedra e falar doutras cousas non veñen moito ó caso, pero bueno. Eu non vou a falar da viabilidade porque vostedes saben no fregado en que se meteron con este aparcamento, a viabilidade, o estudo, vai así moito polo aire, pero bueno, o tempo dará a razón a se é viable ou non. Pero eu fixen antes dúas preguntas, non mas contestaron, encima o Presidente fixo unha afirmación de que non ía a custar nada á administración pública. Entón, dígame, ¿quen vai pagar a expropiación dunhas casas e duns terreos que hai que facer? E ¿quen vai pagar a dirección de obra que aquí se lle aplica ó contratista e que segundo a Lei non pode ser?. Sr. Presidente.- De todas maneiras debería figurar aí, pero bueno, lle informaremos dese apartado de maneira, de maneira detida dese tema, e á parte que agora o que falta é traer aquí ou á Xunta de Goberno, o órgano que dalgunha maneira teña competencia no tema, para aprobar o convenio que regule precisamente a licitación pública desta concesión. Eu lle diría ó Sr. Mosquera, é que falar non ten cancelas, pero probablemente se xestionáramos nós o aparcamento que temos aquí, fronte mesmo á Deputación, estaría bastante mellor do que está, sei que é un tema complexo, non é fácil traballar cunha concesionaria, etc., pero queixas xeneralizadas que ten ese aparcamento de fai bastante tempo, que esperemos agora que coa conexión do novo se melloren algo, pero aínda así bastante ten que mellorar, evidentemente, e penso que probablemente xestionaría bastante mellor a Deputación que o que fan dalgunha maneira vostedes. Pero bueno, iso sería para falar outro día, agora vamos aprobar neste caso o punto 6 e 7. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Non fai falta votar a retirada, non?, porque … Os convenios entre as administracións públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Con tal motivo preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo para levar a cabo a construción dun aparcadoiro na Rúa Luis Rocafort (estrada provincial EP-9204) e a urbanización da zona. O aparcadoiro, que ocupará uns 10.314,72 m2, contará con 372 prazas das cales o 20% estarán reservadas para residentes. Dado o custe das obras, que ascende á cantidade de sete millóns trescentos corenta e cinco mil setecentos oitenta e dous euros con trinta e sete céntimos, (7.345.782,37€), IVE incluído, acudirase a un contrato de concesión de obra pública, por un período de 40 anos, asumindo o futuro concesionario a totalidade da inversión. En calquera caso a Deputación Provincial será a administración que teña na súa integridade a condición de administración concedente ós efectos previdos na Lei 30/2007 de Contratos do sector público, correspondéndolle integramente a xestión contractual do proxecto en toda a súa extensión. Polo Sr. Secretario emítese informe cunha serie de recomendacións que son incluídas no presente convenio. Por todo o exposto, e vistas as observacións e recomendacións do informe do Sr. Secretario, de data 14 de outubro do 2010, e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE, aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo para a construción dun aparcadoiro na Rúa Luis Rocafort (EP-9204) e a urbanización da zona. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCLELO DE SANXENXO PARA A CONSTRUCIÓN DUN APARCADOIRO NA RÚA LUIS ROCAFORT (EP-9204) E A URBANIZACIÓN DA ZONA En Pontevedra, a xxx de outubro do 2010 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. A Ilma. Sra. Dona Catalina González Bea, Alcaldesa do Concello de Sanxenxo, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I. Que os convenios de colaboración entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, artigo 57 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e artigos 198 e seguintes da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II. Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos da súa competencia. III. Que a Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, atribúe ás Deputacións Provinciais as competencias precisas para a construción, xestión, conservación e explotación da rede viaria da súa titularidade. Pola súa banda a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade á cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e a asegurar a prestación integral e adecuada en toda a provincia das competencias municipais, que van dende a prestación de servizos básicos como o alcantarillado ou o iluminación pública ata a promoción de actividades culturais ou do turismo. IV. Neste último ámbito a localidade de Sanxenxo converteuse nun dos reclamos máis importantes da provincia de Pontevedra ó recibir unha grande afluencia de turistas ó longo de todo o ano e, especialmente, na época estival, turismo que supón unha importante inxección económica para toda a comarca. Con todo, esta presenza masiva de turistas tamén xera problemas á hora de ordenar e controlar o tráfico nas vías urbanas, detectándose unha escaseza de prazas de aparcadoiro perante a demanda existente, situación que xera moitas incomodidades ás persoas que visitan a vila. É por iso que co obxecto de paliar esas deficiencias a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo pretenden impulsar a construción dun aparcadoiro na Avda. Luis Rocafort -EP-9204- así como a urbanización da zona. V. Esta obra, pola súa envergadura e polo que supón para a prestación dun servizo municipal como a regulación dos usos das vías públicas, require a colaboración por parte desta Deputación exercida no ámbito das competencias que o lexislador atribúe á Administración provincial na explotación de estradas da súa titularidade -artigos 8 e 27 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia- e na cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social que rexe a actuación da Administración Provincial -artigo 36.1.d) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, segundo redacción dada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local-. VI. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio consonte ás seguintes CLÁUSULAS Primeira. O obxecto do presente convenio -no marco da colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo- é a construción dun aparcadoiro subterráneo na Avda. Luis Rocafort –EP-9204- así como a urbanización da devandita zona. O aparcadoiro, que ocupará uns 10.314,72 m2, contará con 372 prazas das cales o 20% estarán reservadas para residentes. Segunda. Á Deputación Provincial de Pontevedra, Administración propietaria en exclusiva do aparcadoiro, corresponderalle a adxudicación do contrato de concesión de obra pública que rexerá esta actuación e que terá unha duración de 40 anos, así como outorgar os correspondentes permisos para obrar na zona de influencia da estrada provincial 9204 -Acceso á Praia de Silgar-Avda. Luis Rocafort-. En calquera caso a Deputación Provincial será a administración que teña na súa integridade a condición de administración concedente ós efectos previdos na Lei 30/2007 de Contratos do sector público, correspondéndolle integramente a xestión contractual do proxecto en toda a súa extensión. Terceira. O Concello de Sanxenxo obrígase a realizar todas as xestións e trámites que permitan obter a dispoñibilidade dos terreos necesarios para a execución da urbanización da zona, así como tramitar a correspondente licenza ou autorización municipal de obra e tramitar os correspondentes permisos ante os organismos pertinentes de carácter sectorial que deban preceptivamente autorizar e/ou informar. Así mesmo, o concello porá a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra e, en consecuencia, do adxudicatario do contrato de concesión de obra pública, os terreos precisos da súa titularidade dominical, delimitados previamente a través do correspondente informe técnico, e que se realizará a través da fórmula xurídica adecuada a tal fin. En relación á utilización dos bens de dominio público para a execución e explotación da obra, de conformidade co artigo 91.4 da Lei de Patrimonio das Administracións Públicas, declarado lexislación básica pola Disposición Adicional Segunda da mesma, o contrato administrativo habilitará ó concesionario para o seu uso, sen que sexa necesario obter as autorizacións ou concesións que regula a lexislación sobre patrimonio. Cuarta. O importe estimado das obras ás que se refire o presente convenio ascende á cantidade de sete millóns trescentos corenta e cinco mil setecentos oitenta e dous euros con trinta e sete céntimos, (7.345.782,37€), IVE incluído, cuxo financiamento correrá a cargo da empresa concesionaria do aparcadoiro subterráneo e que comprenderá todos os gastos que derivan da mesma. No prego de cláusulas administrativas particulares do contrato de concesión de obra pública estableceranse, como mínimo, os parámetros dispostos no artigo 115 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, rexéndose o devandito contrato polo disposto, entre outros, nos artigos 223 a 250 do citado texto normativo. Quinta. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen, e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Sexta. O presente convenio rexerase polas cláusulas do mesmo, polos artigos de carácter básico e de aplicación xeral da Lei 33/2003, de 3 de novembro, de Patrimonio das Administracións Públicas e o seu Regulamento, polo Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e demais normas administrativas. En todo o non previsto nas normas anteriores acudirase as normas de dereito privado. Sétima. O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia mentres a obra exista e sexa susceptible de ser explotada. Oitava. Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio que é de natureza administrativa; consecuentemente, as cuestións litixiosas que poidan xurdir durante a súa aplicación, interpretación ou cumprimento serán competencia da xurisdición contencioso-administrativa. E en proba de canto antecede as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto, no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo concello de Sanxenxo Rafael Louzán Abal Catalina González Bea” 7.6009.- APROBACIÓN INICIAL DO ESTUDO DE VIABILIDADE ECONÓMICO-FINANCEIRA E DO ANTEPROXECTO TÉCNICO PARA A CONSTRUCIÓN DUN APARCADOIRO NA RÚA LUIS ROCAFORT (EP-9204) E A URBANIZACIÓN DA ZONA A localidade de Sanxenxo converteuse nun dos reclamos máis importantes da provincia de Pontevedra ó recibir unha gran afluencia de turistas ó longo de todo o ano e, especialmente, na época estival, turismo que supón unha importante inxección económica para toda a comarca. Con todo, esta presenza masiva de turistas tamén xera problemas á hora de ordenar e controlar o tráfico nas vías urbanas, detectándose unha escaseza de prazas de aparcadoiro perante a demanda existente, situación que xera moitas incomodidades ás persoas que visitan a vila. É por iso que co obxecto de paliar esas deficiencias a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo pretenden impulsar a construción dun aparcadoiro na Avda. Luis Rocafort (EP-9204) así como a urbanización da zona, para o que se articulou un convenio de colaboración que establece as distintas obrigas das partes. As características desta obra, cun importe estimado de sete millóns trescentos corenta e cinco mil setecentos oitenta e dous euros con trinta e sete céntimos (7.345.782,37€), IVE incluído, obriga ás Administracións implicadas a acudir a un contrato de concesión de obra pública tal e como aparece definido no artigo 7 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Pola súa banda o artigo 112 do citado texto normativo sinala que “Con carácter previo á decisión de construír e explotar en réxime de concesión unha obra pública, o órgano que corresponda da Administración concedente acordará a realización dun estudo de viabilidade da mesma”, matizando o parágrafo 6º que“A Administración concedente poderá acordar motivadamente a substitución do estudo de viabilidade ó que se refiren os apartados anteriores por un estudo de viabilidade económico-financeira…….” Neste sentido a Deputación Provincial de Pontevedra tramita o presente estudo de viabilidade económico-financeira, en substitución do estudo de viabilidade, acompañado do preceptivo anteproxecto técnico (para asegurar os trámites establecidos nos apartados 3 e 4 do artigo 113 da Lei de Contratos) ó entender que aquel é suficiente para determinar a viabilidade da obra pública a construír e salvagardar os intereses perseguidos pola lexislación de contratación pública, tendo en conta a natureza, finalidade e contía da obra e o feito de que o Plan Xeral do Concello de Sanxenxo establece a posibilidade de levar a cabo aparcamentos baixo a rede viaria e espazos libres de uso público no epígrafe 26 “Regulación do subsolo” do artigo 4.2 “Ordenanzas Reguladoras da edificación” do texto do Plan. Polo Sr. Secretario e o Sr. Interventor emítense sendos informes cunha serie de recomendacións que se terán en conta na tramitación do expediente. Por todo o exposto, vistas as observacións e recomendacións dos informes de Secretaría e Intervención, de data 19 de outubro de 2010 e de acordo co disposto no parágrafo 3º do artigo 113 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de viabilidade económico-financeira e o anteproxecto técnico para a construción dun aparcadoiro na Rúa Luis Rocafort, Sanxenxo(EP-9204) e a urbanización da zona. Segundo. Someter a información pública ambos documentos durante o prazo dun mes para que os interesados poidan examinar os mesmos e formular por escrito cantas observacións ou reparos consideren oportunos, entendéndose aprobados definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 8.6010.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN DERIVADO DA OBRA “ACCESO OESTE A MONTECELO. TREITO II. PO-223 PORTA DO SOL – N-550 AVDA. MÉDICO BALLINA”. RATIFICACIÓN DA SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE PROPIETARIOS E BENS AFECTADOS POLAS OBRAS Sr. Presidente.- Agora veñen dous temas importantes que son o 8 e 9, sobre todo para o Sr. Mosquera en Pontevedra, que en base a ese comentario que acaba de facer sería mellor que o fixera o concello, pero unha vez máis a Deputación pois acomete a maior inversión da súa historia aquí na cidade, e pon en marcha neste caso a resolución, punto número 8, de alegacións presentadas ó expediente de expropiación derivado do “Acceso oeste a Montecelo. Treito II”; e tamén a resolución dos recursos interpostos polo acordo plenario de 10 de setembro, polo que se resolvían as alegacións tamén presentadas ó “Acceso oeste a Montecelo. Tramo II. Porta do Sol-N-550-Avda. Médico Ballina”, e aprobar de forma definitiva o devandito proxecto, e tamén de maneira definitiva a relación de propietarios e bens afectados. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Non, vostede pode dicir algo, polo menos para alabar un pouco a labor que está facendo a Deputación aí. Porque non pode dicir o contrario. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, eu, a ver, estou moi afectado polo catarro … Sr. Presidente.- Xa me parecía que algo había. Sr. Mosquera Lorenzo.- E quería descansar un pouquiño, porque non teño problema en que me contesten os dous, os tres ou os cinco, non, de feito non me contestaron moitisimas cousas, igual facía falta que fora algún máis. Home, se fai a entradilla esa e agora pretende, invita que fale, pois teño que contestarlle. Mire, a Deputación de Pontevedra me parece que ten viario en todas as vilas e cidades desta provincia menos no concello, na vila, na cidade de Pontevedra, ¿por que?, porque se transferiron todas. Sr. Presidente.- Non, todas non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Que estean en urbana si, da cidade, da cidade, non do concello, da cidade. Sr. Presidente.- Todas non, entón puntualice. Sr. Mosquera Lorenzo.- Da cidade, da cidade, da cidade. Sr. Presidente.- Pero a cidade é todo, Pontevedra, o rural vostede no quere, ten votantes no rural tamén. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ai!, ¡ai!, ¡ai!. Bueno, entón que se substitúa por ese vial está moi ben, xa o dixemos aquí, tamén é certo, non se esqueza que foi a cambio do edificio de alí do lado, case nada. E de todas maneiras no sistema viario, se quere escoitalo unha vez máis, por se lle alaga os ouvidos, pois aquí houbo un deseño, que fomos xestionando, que se pechou máis ou menos no 2004, no que o concello, o que eran as urbanizacións, abrir as novas rúas, cumpriu, a Deputación nas obrigas que máis ou menos asumiu cumpriu, está retrasando a de Castrosenín, pero bueno, coa crise, podemos entender que cumpriu. O Estado iso que si que si, máis ben non, e a Xunta, ou practicamente nada, esa é a situación, pero díxeno publicamente, unha vez si e outra tamén, ou dixémolo, vamos non o dixen eu só, que é unha cuestión colectiva, entón se vostede quere que, se lle alaga as orellas dicindo que neste caso e con respecto a este convenio a Deputación de Pontevedra cumpriu coas súas, non xa, a través, o convenio foi o instrumento para plasmar o que se acordara máis ou menos na M4, pois reitérollo, reitérollo, reitérollo, non hai ningún problema, agora, vostede sabe perfectamente que o compromiso era executalo vostedes. Entón, non me comparará unha estrutura absolutamente urbana como é un estacionamento, pois me parece que o quere comparar cun vial que conecta dous barrios practicamente case todo por solo rústico, actualmente, e que polo tanto é unha competencia típica da Deputación, da Deputación ou da Xunta, pero vamos, neste caso da Deputación. Entón non me, non sei a que vén esa entradiña, pero bueno, en todo caso pídolle, en fin, interveño, eu xa ve que son guiado … Sr. Presidente.- Exactamente. Sr. Mosquera Lorenzo.- Quere que fale, pois fálolle, se quere que lle alague as orellas tamén llas alago, cando toca, como tamén llas poño aí a chirriar cando toca, como foi antes que non me contestou a nada. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Faltaría menos. Lle agradezo de verdade esas palabras, Sr. Mosquera, de que somos a institución que lidera as inversións na cidade, e me alegro de que sexa así e seguiremos nesa liña, porque creo que é o compromiso desta casa, e polo tanto, bueno, de todo este equipo que formamos, que conformamos, non só o equipo de goberno senón toda a Corporación, como digo de poñer en marcha iniciativas, e esta en concreto, esta pata que falta por resolver, esta conexión desa nova ponte de Monteporreiro, con esta actuación segunda pois vai a permitir dalgunha maneira un desafogo importante para ese barrio populoso de Monteporreiro e para toda a cidade de Pontevedra. Polo tanto en hora boa. Vamos adiante coa aprobación, neste caso dos puntos 8 e 9. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Toda a Corporación. O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión plenaria celebrada o día 10 de setembro do 2010, acordou aprobar definitivamente o proxecto de trazado “ACCESO OESTE A MONTECELO. TREITO II. PO-223 PORTA DO SOL – N-550 AVENIDA MÉDICO BALLINA”. Logo da tramitación ambiental relativa ó proxecto a Dirección Xeral de Calidade Ambiental emitiu o pasado 22 de xullo do 2010 a correspondente Declaración de Impacto Ambiental, sinalando unha serie de medidas que serán recollidas no proxecto construtivo. A urxencia e necesidade desta actuación vén motivada por dar continuidade ó eixo que partindo da Avda. de Buenos Aires ó sur e atravesando o Río Lérez mediante unha ponte, consegue acceder á Porta do Sol (PO-223) para continuar dende este punto ata a estrada N-550 (Avda. Médico Ballina) e desta forma evitar a conxestión actual dos viarios existentes e estruturar un complemento á rede de estradas da cidade de Pontevedra, levando implícita unha mellora da seguridade viaria ó desviarse o tráfico do centro da cidade, eliminando en consecuencia o risco derivado do mesmo. Ademais, de non executarse o novo viario, limitaríase a comunicación co importante barrio de Monteporreiro núcleo de poboación en continuo crecemento. Unha vez aprobado de forma definitiva o proxecto, fíxose pública a relación de propietarios e bens afectados pola execución das obras indicadas e procedeuse á apertura do trámite de información pública para que calquera persoa puidese formular alegacións ós solos efectos de emendar posibles erros na relación. Dita relación foi publicada en varios xornais da localidade, no taboleiro de anuncios do concello de Pontevedra e no Boletín Oficial da Provincia nº 181 de data 20 de setembro do 2010, ademais de notificarse individualmente a todos os propietarios afectados, algúns dos cales presentaron distintas alegacións ó expediente de expropiación; é por iso que á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas e de acordo co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. A resolución das alegacións presentadas ó expediente de expropiación segundo o seguinte detalle: a) Desestimar as alegacións presentadas por Dona Josefina López Barreiro, finca nº 26, xa que as cuestións relativas á valoración do terreo quedan diferidas ó momento procedimental oportuno como é a fase de prezo xusto. En relación ás expectativas urbanísticas da finca en cuestión, é preciso lembrar que o Texto Refundido da Lei do Solo, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, só contempla aquelas no denominado solo urbanizado e non no solo rústico, cualificación que na actualidade ostenta o terreo da interesada. En canto ás alegacións relativas a que “…a parcela resultante non alcanza a unidade mínima prevista para o solo urbán…”, cabe lembrar que o artigo 23.2 do citado texto normativo sinala que "En ningún dos casos previstos no apartado anterior (regras de valoración do solo rural) poderán considerarse expectativas derivadas da asignación de edificabilidade e usos pola ordenación territorial ou urbanística que non sexan aínda plenamente realizadas”; é dicir, que a futura posible cualificación do terreo da interesada como urbano é unha mera posibilidade que non se pode tomar en consideración á hora de valorar unha posible perda de edificabilidade cando, na actualidade, o devandito terreo está cualificado como rústico e o seu aproveitamento urbanístico é moi limitado. b) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por D. José Varela Carballo, fincas nº 10 e 14, xa que no suposto de afectar á fosa séptica existente na súa propiedade, esta será obxecto de reposición por parte da empresa adxudicataria das obras. En canto ás condicións do novo viario, sinalar que o mesmo terá un carácter eminentemente urbano e contará, entre outras instalacións, con dous carrís de circulación, beiravías pavimentadas a ambos os dous lados da vía e cunetas nos tramos de estrada que así o requiran. c) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por D. Casimiro Crespo García Gómez (finca nº 22) no sentido de aceptar a solicitude de expropiación dunha parte da leira de 206 m2, xa que a consecuencia da expropiación parcial aquela resulta antieconómica para o propietario tanto pola súa forma irregular coma polas súas dimensións. En relación ós bens expropiados sinalar que, aínda que o trazado non pode ser obxecto de modificación, no suposto de afectar ó portal de entrada e ó cableado eléctrico e o de calefacción estes servizos serán obxecto de reposición por parte da empresa adxudicataria das obras sempre que técnicamente sexa posible, ofrecendo en caso contrario unha indemnización económica. d) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por D. Ramón Dios Carragal, finca nº 19, xa que o novo viario terá un carácter eminentemente urbano e contará, entre outras instalacións, con dous carrís de circulación, beiravías pavimentadas a ambos os dous lados da vía e cunetas nos tramos de estrada que así o requiran, mentres que as condicións como lindeiro do devandito viario virán determinadas polo xogo combinado da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia e as disposicións que ó respecto estableza o instrumento de ordenación urbanística do concello de Pontevedra. En relación ó resto de cuestións expostas polo propietario, sinalar que as mesmas virán determinadas con detalle no proxecto construtivo que se redactará en próximas datas. Segundo. Ratificar a solicitude, á Xunta de Galicia, da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto “ACCESO OESTE A MONTECELO. TREITO II. PO-223 PORTA DO SOL – N-550 AVENIDA MÉDICO BALLINA”, obra pública de interese xeral de acordo co disposto no artigo 20 de la Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, xa que a urxencia e necesidade desta actuación vén motivada por dar continuidade ó eixo que partindo da Avda. de Buenos Aires ó sur e atravesando o Río Lérez mediante unha ponte, consegue acceder á Porta do Sol (PO-223) para continuar dende este punto ata a estrada N-550 (Avda. Médico Ballina) e desta forma evitar a conxestión actual dos viarios existentes e estruturar un complemento á rede de estradas da cidade de Pontevedra, levando implícita unha mellora da seguridade viaria ó desviarse o tráfico do centro da cidade, eliminando en consecuencia o risco derivado do mesmo. Ademais, de non executarse o novo viario, limitaríase a comunicación co importante barrio de Monteporreiro, núcleo de poboación en continuo crecemento. Terceiro. A aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados polo proxecto “ACCESO OESTE A MONTECELO. TREITO II. PO-223 PORTA DO SOL – N-550 AVENIDA MÉDICO BALLINA” segundo o seguinte detalle: Nº FINCA INTERESADO SUP. AFECTADA BENS AFECTADOS 1 Descoñecido 332 m2 de inculto (SR) 12 m2 traslado de lavadoiro de pedra 30 m2 marquesiña e tella 25m2 muro de bloques revestido 40m2 soleira de pedra 1 ud. traslado de fonte de pedra 1 ud. traslado banco de pedra 4 uds. pilar de pedra 30x30x250 2 Herdeiros de Clara Abilleira Pérez Outeiro, Lérez 36156 – Pontevedra 139 m2 de matorral (SR) 3 Claudina Casalderrey Canosa Castelo nº 42, Lérez 36156 – Pontevedra 485 m2 de labradío (SR) 4 Descoñecido 4 m2 de labradío (SR) 5 José Iglesias Villaverde c/ Juan Bautista Andrade nº 153, 3ºH 36005 – Pontevedra 87 m2 de matorral (SR) 10 uds. poste de formigón 10x10x150 5 m2 malla de arame revestido 1 ud. loureiro mediano 6 Ana Casalderrey Pérez Porta do Sol nº 36, Lérez 36156 – Pontevedra 551 m2 de labradío (SR) 4 uds. árbores froiteiras 3 uds. vimbieira 7 Carlos Casalderrey Pérez O Cruceiro nº 19, Lérez 36156 – Pontevedra 131 m2 de labradío (SR) 8 Ida Casalderrey Almón Rúa José Malvar Figueroa nº 14, 2ºH 36002 – Pontevedra 4 m2 de labradío (SR) 8 m2 muro de pedra sobre pedra 5 uds. vimbieira 9 Descoñecido 88 m2 de labradío (SR) 15 m2 muro de pedra sobre pedra 5 uds. vimbieira 10 José Varela Carballo O Cruceiro nº 17, Lérez 36156 – Pontevedra 57 m2 de labradío (SR) 11 Concepción Castro Almón Avda. Santa María nº 6, 1º 36002 – Pontevedra 193 m2 de labradío (SR) 12 José Manuel Casalderrey García O Cruceiro nº 64, Lérez 36156 – Pontevedra 676 m2 de labradío (SR) 10 m2 muro de bloques 10 uds. poste de formigón 10x20x200 10 uds. poste de formigón 10x10x200 13 Isaura Rodríguez González Casal Dorado nº 8, Lérez 36155 – Pontevedra 18 m2 de labradío (SR) 14 José Varela Carballo O Cruceiro nº 17, Lérez 36156 – Pontevedra 432 m2 de labradío (SR) 47 m2 malla de arame revestido 150 ml arame revestido 23 m2 muro de bloques 10 m2 muro de bloques revestido 10 m2 muro de formigón 20 m2 formigón en base muro 5 uds. árbores froiteiras 4 uds. árbores ornamentais 10 uds. plantas ornamentais 1 ud. traslado grifo 35 m2 soleira de formigón 34 m2 galpón de bloques e uralita 13 uds. poste de formigón 10x10x200 15 Herdeiros de Benito Codina Acuña O Cruceiro nº 20, Lérez 36156 – Pontevedra 917m2 de resalido de casa (SU-SNR) 14 uds. árbores froiteiras 3 uds. roseiras 2 uds. árbores ornamentais 3 m2 caseta de ladrillo revestida 1 ud. traslado de cancela metálica 1 ud. traslado de grifo 1 ud. farola 10 m2 galpón de bloques e uralita 18 uds. poste de granito 10x20x200 75 m2 malla de arame 20 m2 soleira formigón 20 uds. cepa illada 165 m2 viña con postes e arame 107 m2 muro de cantería 120 ml arame 20 m2 muro de bloques 1 ud. traslado portal metálico dobre folla 1 ud. encabezado de viña 1 ud. columna de pedra de 55x60x300 16 Ernesto Filgueira Eiras O Cruceiro nº 36, Lérez 36156 – Pontevedra 1064 m2 resalido de casa (SU-SNR) 578 m2 viña con postes e arame 5 uds. encabezado de viña 51 m2 muro de bloques 63 m2 malla de arame revestido 150 ml arame revestido 24 m2 formigón en base muro 9 uds. árbores froiteiras 40 m2 muro de formigón 100 m2 piso asfaltado 2 uds. columna de pedra 30x40x300 12 uds. poste de pedra 15x20x250 38 m2 muro de cantería 1 ud. traslado portal metálico dobre folla 5 uds. árbores ornamental 17 Antonio Vázquez Iglesias O Cruceiro nº 15, Lérez 36156 – Pontevedra 96 m2 de labradío (SU-SNR) 96 m2 viña con postes e arame 2 uds. encabezado de viña 18 Josefa Carballo Argibay O Cruceiro nº 35, Lérez 36156 – Pontevedra 88 m2 de labradío (SU-SNR) 88 m2 viña con postes e arame 2 uds. encabezado de viña 19 Ramón Dios Carregal e Francisco Dios Carregal Avda. Médico Ballina nº 75, Lérez 36156 – Pontevedra 297 m2 de labradío (SR) 60 m2 viña con postes e arame 1 ud. pozo artesán 1 ud. estanque de pedra de 6 m2 10 uds. poste de pedra 15x20x150 20 Enrique Casalderrey Canosa O Cruceiro nº 7, Lérez 36156 – Pontevedra 656 m2 de labradío (SR) 14 uds. árbores froiteiras 21 Manuel Segade Bugallo Rúa da Gándara nº 60, Lérez 36156 – Pontevedra 144 m2 de labradío (SR) 130 m2 viña con postes e arame 2 uds. encabezado de viña 65 m2 malla de arame revestido 130 ml arame revestido 17 uds. poste de formigón 10x10x200 22 Casimiro Crespo García Gómez Rúa Leandro del Río 2, 3ºF, Lérez 36005 – Pontevedra 809 m2 de resalido de casa (SR) (+ 206 m2) 709 m2 viña con postes e arame 100 m2 soleira de formigón 1 ud. traslado de portal metálico dobre folla 1 ud. traslado de contador e poste eléctrico 1 ud. traslado de proxector eléctrico 10 m2 enreixado metálico 70 m2 muro de formigón 65 m2 malla de arame revestido 6 uds. tubo de ferro galvanizado 005x1,5 200 ml arame revestido 15 m2 muro de bloques 10 uds. tubo de ferro galvanizado 005x2,00 13 uds. poste de pedra 10x20x150 6 uds. encabezado de viña 23 Cándido Abilleira Pazos Arco nº 2, Lérez 36156 – Pontevedra 213 m2 de labradío (SR) 90 m2 viña con postes e arame 1 ud. encabezado de viña 24 Rafael Agulla Calvo Rozo nº 3, Lourizán 36153 – Pontevedra 675 m2 de labradío (SR) 675 m2 viña con postes e arame 3 uds. poste de pedra 10x15x250 150 ml de arame 30 m2 muro de formigón 25 Josefa Calvo Casalderrey Rúa Zaire nº 12, 3ºB. Perillo-Oleiros 15172 – (A Coruña) 414 m2 de labradío (SR) 6 uds. poste de pedra 15x20x200 26 Josefina López Barreiro Parada de Abaixo nº 25, Campañó 36005 – Pontevedra 238 m2 de labradío (SR) 1 P.A. traslado de pedra 20 m3 1 ud. árbore froiteira 2 uds. árbore ornamental 15 m2 muro de pastas de granito 10 uds. poste de formigón de 15x15x200 4 uds. poste de pedra de 10x20x200 2 uds. poste de pedra de 20x20x200 120 ml arame 1 ud. traslado cancela metálica dobre 27 Fernando Corbal Fernández c/ Cobián Rofignac nº 11, 1º Esq. 36002 – Pontevedra 623 m2 de labradío (SU-SNR) 90 m2 viña con postes e arame 1 ud. encabezado de viña 65 m2 muro de pedra sobre pedra 6 uds. árbores froiteiras 28 Ana Corbal Fernández Arco nº 1, Lérez 36156 – Pontevedra 72 m2 de resalido de casa (SU-SNR) 15 m2 muro de bloques 30 m2 malla de arame revestido 8 m2 formigón en base muro 60 ml arame revestido 4 uds. poste de pedra de 15x20x250 5 uds. árbore ornamental 5 uds. roseiras 20 uds. planta ornamental 4 uds. tubo de ferro galvanizado de 0,05x1,00 9.6011.- RESOLUCIÓN DOS RECURSOS DE REPOSICIÓN INTERPOSTOS CONTRA O ACORDO PLENARIO, DE DATA 10 DE SETEMBRO DO 2010, POLO QUE SE RESOLVÍAN AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “ACCESO OESTE A MONTECELO. TRAMO II: PO-223 PORTA DO SOL – N-550 AVDA. MÉDICO BALLINA” E APROBÁBASE DE FORMA DEFINITIVA O DEVANDITO PROXECTO O proxecto "ACCESO OESTE A MONTECELO. TRAMO II: PO-223 PORTA DO SOL-N-550 AVDA. MÉDICO BALLINA”, que foi aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación Provincial o 30 de novembro de 2007, é froito do convenio de colaboración subscrito no seu día entre a Deputación Provincial e o concello de Pontevedra, sendo incluída a devandita obra dentro do plan de vías provinciais -período 2007/2011-. As dificultades técnicas que plantexaba a que nun futuro se chamará EP-0020 determinaron a súa tramitación por fases estando a primeira delas, que conleva a construción dunha nova ponte sobre o río Lérez, actualmente en execución; nesta segunda fase o proxecto define as obras necesarias para conectar a PO-223 coa N-550 Avda. Médico Ballina, dando desta forma continuidade ó eixe que partindo da Avda. de Bos Aires e atravesando o río Lérez accede á Porta do Sol (PO-223). Dende un aspecto funcional o trazado do tramo II atópase situado ó noroeste da cidade de Pontevedra e consiste nunha estrada duns 500 metros de lonxitude que parten dunha glorieta na estrada autonómica PO-223 finalizando noutra na confluencia coa estrada N-550. Ó tratarse dun viario de nova construción e estar incluído no anexo I do Real Decreto Lexislativo 1/2008, de 11 de xaneiro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Avaliación Ambiental de Proxectos, redactouse un estudo de impacto ambiental conforme á normativa comunitaria, estatal e autonómica aplicable. Sometido ó trámite administrativo correspondente, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu, o pasado 22 de xullo do 2010, a correspondente Declaración de Impacto Ambiental do citado proxecto, sinalando unha serie de medidas que serán recollidas no proxecto construtivo. Logo da tramitación ambiental do proxecto de referencia, o Pleno da Corporación Provincial, na sesión celebrada o 10 de setembro do 2010, resolveu as alegacións presentadas ó proxecto de trazado “ACCESO OESTE A MONTECELO.TRAMO II: PO-223 PORTA DO SOL ¬-N-550 AVDA. MÉDICO BALLINA” e aprobou definitivamente o mesmo. Publicado o devandito acordo no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 181/data 20 de setembro do 2010), no taboleiro de anuncios do concello de Pontevedra e notificado individualmente ós propietarios que presentaron alegacións, preséntanse recursos de reposición que son informados polo Servizo de Infraestruturas. É por iso que á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas e de acordo co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. A resolución dos recursos de reposición interpostos fronte o acordo plenario, de data 10 de setembro do 2010, polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto e se aprobaba de forma definitiva o proxecto, segundo o seguinte detalle: Estimar parcialmente o recurso de reposición presentado por D. Antonio Vázquez Iglesias, xa que as características do vial nese punto do trazado obrigarán a facer unha estrutura no devandito tramo de estrada que permita garantir a estabilidade da vivenda do interesado e minorar os efectos que o novo viario puidese ocasionar nela, salvo que razóns técnicas xustificadas imposibiliten a citada construción. No relativo ós posibles problemas que a execución das obras poidan ocasionar na súa vivenda, antes do inicio dos traballos a empresa adxudicataria elaborará un protocolo de grietas que certifique o estado actual no que se atopa a mesma, levando técnicos do Servizo de Infraestruturas un seguimento exhaustivo das obras nese tramo do vial. 10.6012.- RESOLUCIÓN DOS RECURSOS DE REPOSICIÓN INTERPOSTOS CONTRA O ACORDO PLENARIO, DE DATA 10 DE SETEMBRO DO 2010, POLO QUE SE RESOLVÍAN AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “ENSANCHE E MELLORA DA EP-8002 CALDAS-SAN CLEMENTE (TRAMO CALDAS-ABOI)”, APROBÁBASE DE FORMA DEFINITIVA O DEVANDITO PROXECTO E A RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS E RATIFICÁBASE A SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO Sr. Presidente.- Punto número 10. Tamén resolución de recursos interpostos no caso da carretera Caldas-San Clemente, e tamén a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “ENSANCHE E MELLORA DA EP-8002 CALDAS-SAN CLEMENTE (TRAMO CALDAS-ABOI)”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 1.063.252,70 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 748.694,70 euros, reposición de servizos 49.100,00 euros e capítulo de expropiacións nunha contía que ascende a 265.458,00 euros, ten por obxecto definir as características técnicas necesarias para levar a cabo a mellora da seguridade viaria no tramo de estrada comprendido entre Caldas e Aboi, cunha lonxitude de 2.043 metros, xa que o estado actual non reúne as características técnicas mínimas esixidas para este tipo de viario, cun ancho medio pavimentado de seis metros ou inferior, importantes deficiencias no firme e sen un itinerario alternativo para os peóns que reúna unhas mínimas condicións de seguridade. Para paliar esas deficiencias o proxecto contempla distintas solucións en función do tramo de estrada e do estado da mesma. Así na primeira parte, que discorre polo núcleo urbano de Caldas de Reis, respectaranse as aliñacións previstas no correspondente instrumento de ordenación urbanística e, nalgúns casos, mantense o ancho entre edificacións existentes Na metade do trazado, no cruzamento co viaduto da variante de Caldas, proxéctase eliminar unha curva de radio moi pequeno e sección reducida, actuación que leva á realización dunha nova obra de fábrica sobre o rego de Rabexe. No resto de trazado levarase a cabo unha ampliación da plataforma con sete metros de calzada e dúas beiravías de 0,50 metros cada unha, rectificando o trazado dalgunhas curvas. Sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 86, de data 7 de maio de 2010, no taboleiro de anuncios do concello de Caldas, en varios xornais da localidade e notificándose individualmente ós afectados, presentáronse unha serie de alegacións que foron resoltas polo Pleno da Corporación Provincial na sesión celebrada o 10 de setembro do 2010. Notificado o devandito acordo ós propietarios que formularon alegacións, preséntanse unha serie de recursos de reposición que son obxecto do presente expediente. Por iso e á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a obra e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. A resolución dos recursos de reposición interpostos fronte o acordo plenario, de data 10 de setembro do 2010, polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto Ensanche e mellora da EP-8002 Caldas-San Clemente (tramo Caldas-Aboi), se aprobaba de forma definitiva o devandito proxecto e a relación de propietarios e bens afectados e se ratificaba a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación, segundo o seguinte detalle: a) Estimar parcialmente os recursos de reposición presentados por D. Fernando Manuel Fojo González, Dona Gabriela Fojo González e Dona María del Carmen Fojo Bugallo, finca nº 94742/44, por D. José Alberto Guimarey Formoso, finca nº 94742/45, e por Dona Dolores Formoso Fojo, fincas nº 94742/42 e 94742/43, (recursos idénticos no seu contido) xa que a afección definitiva sobre as súas leiras, sen prexuízo do que resulte do reformulo definitivo das obras, virá determinada polas aliñacións contempladas no instrumento de ordenación urbanística do concello de Caldas de Reis ó que xa se solicitou o oportuno informe ó respecto do que se lle dará traslado os interesados. b) Desestimar o recurso de reposición presentado por D. Paulino, D. Eduardo, Dona Isabel Clara, D. Alfonso e Dona María Covadonga García-Toraño Martínez, finca nº 95745/27 xa que o proxecto de referencia, obra pública de interese xeral de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, pretende mellorar substancialmente a seguridade vial dunha estrada de grande importancia para a zona, polo que nunha materia na que está en xogo a vida dos condutores e peóns que transitan polo devandito vial a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada; por iso reiteramos que non cabe dúbida que no presente expediente concorren os requisitos de excepcionalidade e motivación que a xurisprudencia vén esixindo nas expropiacións tramitadas polo procedemento de urxencia. Neste punto tamén é necesario lembrar que a expropiación forzosa contempla o suposto en que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevalencia do primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal axeitado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular, a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado, corresponderá determinar ó Xurado de Expropiación de Galicia. En relación á prevalencia do interese público que representa unha finca singular con protección dende o punto de vista do patrimonio, sinalar que neste expediente prevalece o interese público dun proxecto de mellora da seguridade vial tendo en conta, ademais, as seguintes consideracións: Primeira. O ancho do viario contemplado no proxecto correspóndese coas aliñacións previstas nas normas subsidiarias do concello de Caldas de Reis, polo que a ocupación dos bens e dereitos prevista é a necesaria para levar a bo termo as determinacións previstas no devandito instrumento de ordenación urbanística. Neste punto o artigo 101 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, dispón que “Os particulares, do mesmo xeito que a Administración, quedarán obrigados ó cumprimento das disposicións sobre ordenación urbana contidas na presente Lei, nas normas que a desenvolven e nos instrumentos de ordenación aprobados con arranxo á mesma”. Segunda. A Lei de Expropiación Forzosa e o seu Regulamento contemplan expresamente a posibilidade da expropiación de bens de valor artístico, histórico e arqueolóxico, establecendo unha serie de particularidades que serán tidas en conta no trámite procedimental oportuno como é a peza separada de xustiprezo. Terceira. Coa execución do proxecto non se afecta directamente o edificio singular Villa Augusta, senón que o muro existente será obxecto de retranqueo e reposición de acordo coas prescricións técnicas que, respecto diso, impoña a Consellería de Cultura e Turismo. Cuarta. De acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, as obras de construción, reparación ou conservación de estradas son obras públicas de interese xeral e a súa execución, sempre que se realice de acordo cos proxectos aprobados, “…..unicamente poderá ser suspendida pola autoridade xudicial”, o que pon de manifesto a prevalencia deste tipo de actuación sobre calquera outra. 11.6013.- RESOLUCIÓN DOS RECURSOS DE REPOSICIÓN INTERPOSTOS CONTRA O ACORDO PLENARIO, DE DATA 10 DE SETEMBRO DO 2010, POLO QUE SE RESOLVÍAN AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “ELIMINACIÓN DE PASO ESTREITO NA EP-6005 PRADO-BODAÑO, PK9+200 (LALÍN)”, APROBÁBASE DE FORMA DEFINITIVA O DEVANDITO PROXECTO E A RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS E RATIFICÁBASE A SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO Sr. Presidente.- Igual pasa na carretera “Eliminación do paso estreito na estrada provincial Prado-Bodaño en Lalín, tamén para a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “ELIMINACIÓN DE PASO ESTREITO NA EP-6005 PRADO-BODAÑO, PK 9+200 (LALÍN)”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 11.252,81 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 4.141,20 euros e capítulo de expropiacións por importe de 7.111,61 euros, ten por obxecto rematar as obras de mellora e ampliación da estrada provincial que dá acceso ó Corpiño e dotar á mesma dos servizos básicos de carácter municipal. A Deputación Provincial de Pontevedra, na súa intención de mellorar as infraestruturas e servizos nos distintos concellos da provincia, redactou no seu día un proxecto de mellora da seguridade vial na estrada do Corpiño co fin de ensanchar a mesma ata unha sección media de 12 metros, que acada os 15,60 nos tramos de viario dotado con beirarrúas de 1,80 metros a ambas as marxes da vía, así como completar a rede de servizos existentes como saneamento, recollida de pluviais, abastecemento, alumado público, rede de media e baixa tensión, telefonía e beirarrúas. Como queira que na execución deste proxecto ocupábanse varias leiras de titularidade privada, o concello de Lalín asumiu o compromiso de por a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra os terreos para poder levar a cabo as devanditas obras. Non obstante o anterior e aínda que nun principio se contaba con esa disposición, agora faise preciso tramitar un expediente de expropiación ante a negativa de dúas propietarias a ceder o terreo necesario para rematar as obras, asumindo o concello de Lalín os importes das indemnizacións económicas derivados daquel. A urxencia de acometer canto antes as obras vén xustificada pola necesidade de rematar as obras para mellorar os anchos primitivos da estrada do Corpiño e dotar a mesma de beirarrúas e así evitar, na medida do posible, o perigo que o seu estado actual supón para os veciños que deben invadir a zona de circulación ó transitar pola mesma. En consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 157, de data 17 de agosto do 2010, no taboleiro de anuncios do concello de Lalín, en varios xornais da localidade e notificándose individualmente ós afectados, presentáronse unha serie de alegacións que foron resoltas polo Pleno da Corporación Provincial na sesión celebrada o 10 de setembro do 2010. Notificado o devandito acordo ós propietarios que formularon alegacións, preséntanse unha serie de recursos de reposición que son obxecto do presente expediente. Por iso e á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a obra e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. A resolución dos recursos de reposición interpostos fronte o acordo plenario, de data 10 de setembro do 2010, polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto Eliminación de paso estreito na EP-6005 Prado-Bodaño, p.k. 9+200 (Lalín), se aprobaba de forma definitiva o mesmo e a relación de propietarios e bens afectados e se ratificaba a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación, segundo o seguinte detalle: Desestimar os recursos de reposición presentados por Dona Felicitas Sanmartín Sanmartín e Dona Luz Divina Sanmartín Sanmartín, fincas nº 1 e nº 2, idénticos no seu contido e que non incorporan novos elementos respecto ás alegacións presentadas no seu día, xa que o proxecto de referencia, obra pública de interese xeral de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, pretende mellorar substancialmente a seguridade vial e os servizos básicos municipais nunha estrada que se configura como unha infraestrutura de grande importancia para a zona; por outra banda a utilidade pública do proxecto deriva do xogo combinado do artigo 10 da Lei de Expropiación Forzosa, o artigo 94 do Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local e do artigo 101 do Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa, preceptos que dispoñen que a utilidade pública enténdese implícita na aprobación de obras ou servizos incluídos en plans ou proxectos municipais ou provinciais, tal e como acontece co presente proxecto, que tamén contén a relación de propietarios e bens afectados polas obras de referencia. En relación ás manifestacións relativas a que as obras xa están executadas e que a aprobación do Pleno e a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación é “extemporánea”, cabe sinalar que as obras levadas a cabo no seu día no tramo do vial no que se ubican as parcelas en cuestión afectaron ó terreo situado fóra das mesmas pertencente ó dominio público xa que as propietarias, ó construír os peches, cederon (tácita ou expresamente) o devandito terreo que pasou da esfera privada á pública. Neste sentido o artigo 24 da Lei 9/2002 de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e do Medio Rural de Galicia, sinala que os propietarios que desexen realizar algún tipo de construción “…deberán ceder gratuitamente ó concello os terreos necesarios para a apertura ou regularización do viario preciso”; é dicir, que a superficie de terreo que as propietarias cederon obrigatoriamente ó realizar o peche a unha determinada distancia é de titularidade pública e non privada. Por iso agora, ó ter que afectar o terreo situado dentro das súas propiedades, é polo que se tramita o presente proxecto e o expediente de expropiación derivado do mesmo conforme ó disposto na lexislación de expropiación forzosa. En relación ás cuestións relativas á valoración dos bens e terreos plantexadas polas propietarias, estas debateranse no trámite procedimental oportuno como é a peza separada de xustiprezo, quedando diferidas ata ese momento. Neste punto é necesario lembrar que a expropiación forzosa contempla o suposto en que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevalencia do primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal axeitado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular, a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado, corresponderá determinar ó Xurado de Expropiación de Galicia. 12.6014.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. ¿Hai?. Sr. Secretario.- En primer lugar las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 22 de setembro y el 25 de outubro; y asímismo dar cuenta de una Resolución Presidencial en la que se reestructura la composición de determinadas Comisiones Informativas como consecuencia del cese como Diputado Provincial del Sr. Silva Mariño y la toma de posesión del Sr. Comesaña. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Secretario. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 22 de setembro e 25 de outubro do ano 2010 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 8 de setembro de 2010, en relación con modificación na composición de diversas Comisións Informativas, como consecuencia do cese no cargo de Deputado Provincial de D. José Carlos Silva Mariño e da toma de posesión de D. Carlos Comesaña Abalde. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, adoptouse o seguinte acordo: 13.6015.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE DONA FRANCISCA CANAL GÓMEZ EN GRUPO DE TRABALLO DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. Proponse, fóra da orde do día, unha Moción da Presidencia para o nomeamento da Deputada Francisca Canal para asistir, neste caso, ás reunións do Grupo de Traballo da Fundación Galicia Europa en representación da institución provincial. Votamos a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. E votamos a proposta. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Os dous grupos. ¿A favor?. O Partido Popular. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre o nomeamento de Dona Francisca Canal Gómez en Grupo de Traballo da Fundación Galicia Europa en representación desta Deputación. Dita Moción é como segue: “Dada conta da comunicación do Director da Fundación Galicia Europa, de data 27 de setembro de 2010, solicitando o nomeamento dun representante desta Deputación para asistir ás reunións do Grupo de Traballo, coa finalidade de preparar as reunións do Padroado, aportar ideas para futuras actividades e manter aberta unha liña de comunicación constante coas entidades membro. Proponse ó Pleno o nomeamento da Deputada provincial Dona Francisca Canal Gómez, para que asista ás reunións do Grupo de Traballo da Fundación Galicia Europa, en representación desta Deputación.” 14.6016.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sr. Presidente. Dúas cousiñas. Unha, que realmente, senón fora polo que supón, xa sexa tomarse de humor, e que fai dous plenos fíxose unha proposta por parte deste Grupo, de que se estudaran vías, tanto propias como de colaboración cos concellos, para mellorar, mellorar a seguranza viaria, tranquilizar …, bueno, na rede provincial ou municipal, sobre todo centrada na provincial, e a resposta, naquel momento, é que xa os Portavoces se ían a reunir, nun requiebro dialéctico que, obviamente, non tivo ningún percorrido. No pasado Pleno sucedeu o mesmo, e seguimos, poñemos aquela canción da foliada do Celta, “Sempre me dis para o ano que vén, sempre me dis para o Pleno que vén”, e chega outro Pleno e pasa tamén, e sempre me dis para o Pleno que vén. A verdade, eu non quero ser desagradable, pero eu creo, que ultimamente sucedeu algunha que outra cousa, como que non era como para tomalo en serio, non vamos a comparar ningunha relación entre o accidente ese da estrada Carracedo-Catoira, con isto …, pero bueno, como para tomalo en serio, e paréceme que vostedes o están tomando un tanto en broma, parece que non lles preocupa, en fin, non lles preocupa, non está nas súas prioridades facer, que por outro lado non son cuestións excesivamente caras en xeral, excepto cando hai que reurbanizar e cousas dese tipo, non son excesivamente caras, pero si que poden cambiar bastante a seguranza nas vías provinciais e colaborar cos concellos para outra cousa. Ben, esa é unha …, a resposta será para o Pleno que vén, antes co Pleno que vén, a próxima Xunta de Portavoces, sempre me dis …, bueno. E, o segundo, é con respecto ó Premio Otero Pedrayo, interesámonos por saber como ía, se ía a haber propostas por escrito, ou sen ser por escrito, previas ou o que sexan, e bueno, pois ó final non houbo propostas por escrito, e no propio xurado, pois, fíxose unha proposta, despois de descartar unha serie delas, que bueno, cando menos sorprende, ou sexa, sorprende a forma de non ter feito antes propostas, aínda que foran discretas dentro do tribunal para que fora, ou houbera coñecementos, se se puidera falar antes, e sorprende tamén, despois, a mecánica da elección, que parece cando menos un pelín, un pelín forzada e violenta con respecto á tradición do propio premio, con respecto ó que trata de premiar, estas cousas sempre son feas, estar falando de se é, se ten méritos senón ten méritos alguén, aínda que sexa alguén tan caracterizado e tan público como o Sr. Fraga Iribarne, pois sempre queda feo. Pero home, eu creo que no procedemento, pois, fallou moitisimo, e no propio funcionamento do Xurado, digo no sentido de tal, pois tamén o ocultismo co que o levaron, xa facía presaxiar algo dese tipo. Nós interesámonos, e o normal é que se comentara se a organizadora era Deputación de Pontevedra, se era a Deputación de Pontevedra, porque nun principio, cando quen organiza leva un pouco a voz cantante, por tradición, pois home, senón estivera consultado se había algunha proposta, en fin, incluso a posibilidade de levar algunha proposta comentada ou medio consensuada entre os Grupos. Bueno, a forma que fose, cando non se utilizou para nada, senón ó contrario, interesarnos, e non facer ningún caso, pois era obvio que algunha gatada gorda estaban vostedes preparando, creo que o resultado foi ese, é francamente desagradable, paréceme que non estiveron á altura das circunstancias, nin tan sequera para o propio homenaxeado. Pero bueno, en todo caso, creo que xa tivemos un lío cos premios provinciais, que na práctica, unha de dúas, ou tragamos co que a vostedes se lle ocorra ben ocorrido ou senón montamos un lío polos premios, e reproducen aquí esta mecánica, cando sempre, sempre que o comentaron, que se fale ou o que sexa, houbo posibilidades de chegar a algunha acordo, polo menos que non houbera líos públicos, como aquí, non o fixeron. Nós sentímonos con todo o dereito de manifestar a nosa protesta pola mecánica, e incluso a nosa protesta por a quen ó final lle deron o premio. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, en relación á primeira, lle teño que dar a razón, ten toda a razón, e polo tanto non reunimos a Comisión, que eu propoño que se reúna o próximo mércores, en función de que agora fixemos a hora, polo tanto, cando ten razón, teño que darlla. Bueno, miramos agora aí, senón o mércores, xoves, venres, agora mirámolo aí, vámolo mirar xa aquí mesmo. En relación á segunda, teño que dicirlle rematadamente, que non ten ningunha razón co que acaba de dicir, e lle vou a dar uns argumentos que son máis que contundentes, en relación á concesión do Premio Otero Pedrayo. Primeiro, é un premio que se convoca, que saen unhas bases, que saen publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para que se presenten propostas, polo tanto, como pode entender é un premio transparente, totalmente público, que participan, que eu diría, que a maior representación institucional que existe en Galicia, que é neste caso a Xunta de Galicia, as catro Deputacións e tamén a real Academia, as Universidades, e non sei se me falta alguén máis, polo tanto, consta e ten a maior representación de Galicia o Premio Otero Pedrayo. Non é certo, que non houbera ningunha proposta por escrito, pero é que se deu a circunstancia que esa proposta xa fora premiada. Polo tanto, sobre a propia reunión, neste caso do propio xurado, xurdiron dúas propostas máis, e finalmente óptase, pois, por esta proposta, que finalmente, a proposta gañadora neste caso, que non contou ademais con ningún voto en contra, o cal esta é a veracidade, porque ademais se daba a circunstancia de que eu presidía ese xurado, e bueno, e teño que dicirlle que me alegro, e debémonos felicitar todos porque dunha proposta desta institución, pois dalgunha maneira saíra a, bueno pois a totalidade de membros que, xa digo, non rexeitaron esta proposta, e creo que en xustiza estamos falando de algo, independentemente da opinión política, de algo que o ten plenamente merecido, e creo que iso é o que dalgunha maneira é destacable do premio Otero Pedrayo que o próximo xoves entregará a Deputación de Pontevedra, as outras tres Deputacións, máis a Xunta de Galicia, aquí en Pontevedra, por iso digo que, non hai nada diso que acaba de comentar, eu estiven presente, polo tanto hai testigos, á aparte do Vicepresidente responsable da posta en marcha do propio premio. ¿Algunha pregunta máis?. Sr. Olmedo, polo que vexo por aquí. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, mire, se fan como Juan Palomo, poden facelo e se llo deixa facer o xurado, alá vostedes, pero mire vostede, que eu sepa, que eu sepa, que todos sepamos, temos coidado millóns de veces, non sei se está por escrito, supoño que escrito na prensa seguro, nas bases supoño que non, que darlle a algún cargo público dun Partido en activo, como que non, e o Sr. Fraga que eu sepa segue sendo Senador do Partido Popular, ó menos que entendan que xa non é, que está xa xubilado. Polo tanto, por unha traxectoria, entón, de verdade, vístano como queiran, vístano como queiran, non é, columpiáronse, polo mesmo, incluso mentres un está en activo, este tipo de premios enténdese que non, outra cousa é que estivera apartado, enténdese que non, e incluso polo propio premio, pero deixémolo aí, porque tampouco queremos ir máis alá, en todo caso porque xa está. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Si bos días Sr. Presidente. Reiterarlle a pregunta feita no Pleno do pasado mes, relativa ó inicio das obras do quinto pavillón polideportivo de Mos, no sentido, se hai algunha dificultade, algunha incidencia, en canto a dispoñibilidade de terreos, ou no seu defecto que nos diga unha data aproximada para o inicio das obras. Gracias. Sr. Presidente.- Eu creo que está en marcha, e polo tanto houbo que adquirir, parece ser, informarme dalgúns terreos máis, pero unha vez que nolo comuniquen por escrito, pois se faga de novo un replanteo, iniciaranse de inmediato. Sr. Olmedo Granja.- ¿Mercáronse xa os terreos que faltaban?. Sr. Presidente.- Eu creo que si, vamos, porque esta semana, falamos co técnico, que é o que dirixe a obra, que é de aquí da Deputación, e polo tanto niso estaban. Sr. Olmedo Granja.- Esta para empezar. Sr. Presidente.- Eu supoño, quero entender que si. ¿D. Pauliño, pediu a palabra?. Sr. Del Río Iglesias.- Si. Bos días, primeiro pedirlle desculpas ó Sr. Figueroa, porque lle interrompín durante a súa intervención, non o solo facer, o que pasa que cando un rebasa certos límites, pois, a verdade é que hoxe non me puiden conter, porque claro, cando o Sr. Figueroa falaba dun pago a provedores e deixar facturas nun caixón, crin que falaba de Gondomar. Nos primeiros 6 meses deste mandato, 1.7 millóns de recoñecementos extraxudiciais de crédito, 1.7. Cando falaba de que vostedes pagaban e nós non, ás asociacións deportivas, ás asociacións culturais, ás veciñais, ás de montes, ás ANPAS, ós coles, pensei que falaban de Gondomar, porque saben que, non pagaron un can dende que entraron. Cando falaron de que ás veces se executan as obras e logo se fai o recoñecemento extraxudicial de crédito, hai dous Plenos, pensei que falaban de Gondomar, hai dous Plenos, levaron a aprobación un proxecto dunha obra, que na exposición de motivos, eles mesmos dixeron que xa estaba feita e rematada, e despois presentaron o proxecto da obra. Ó mellor, nesta visita turística que o Sr. Louzán quere, amablemente, invitounos a este Grupo a facer, para que coñezamos a Provincia, ó mellor debía de facer vostede unha para Gondomar, para ver o que din e outra o que fan, ¿verdade?. Porque é curioso, por iso ás veces cando falaba o Sr. Figueroa duns e doutros, pois eu pensei que falaba de Gondomar, claro, porque é curioso, porque todas e cada unha das cousas que dixo, referíanse a Gondomar. Mire ben o que hai, onte tivemos Pleno en Gondomar, a metade do Goberno votaba e a outra a contraria, un exemplo de coherencia, está nas actas, ó mellor estas cousas non as coñece, porque eu creo que ó Sr. Louzán, sempre lle tocou de oído o de Gondomar, e o problema é que ó mellor eu sei que a día de hoxe vostede está arrepentido de facer o que fixo en Gondomar, seino ben, algunha metedura de pata tiña que ter, vostede non é perfecto Sr. Louzán, algunha metedura de pata tiña que ter, e unha delas foi esa, porque se hai, dende logo, un exemplo de todo o que dicía o Sr. Chema Figueroa aquí, é Gondomar, e senón fala vostede cos afectados, cos provedores, coas concesionarias que non se lles paga, coas asociacións que non se lles pagan as subvencións dende que entraron, dos recoñecementos extraxudiciais de créditos e dos proxectos aprobados despois de obras, e das facturas nos caixóns, efectivamente, diso tamén, se quere, podemos falar, entón, permítamo, vólvolle a pedir desculpas, pero eu pensei que cando se dicía os outros, os outros xa non era Gondomar. Ben, aclarada esta información, de todas formas reitérolle Sr. Louzán, que cando queira pode pasar por Gondomar, a informarse do que hai. E despois quería facerlle unha pregunta, que está referida xa ó Sr. Louzán, e referida ó uso do idioma galego nesta Deputación. O uso do idioma galego por parte desta Deputación, vostedes, supoño que están xa nun estado de reconquista, ¿verdade?, e entón se dedican a denigrar ou a esquecer o idioma propio deste país, que de momento, e mentres non cambien a lei, porque ó mellor ata van ser quen de cambiala, é o galego, e lle vou a poñer dous exemplos, nada máis, da falla de respecto que ten vostede e esta Deputación, cando falo de vostede, falo como Presidente, evidentemente, da Deputación, ó idioma propio de Galicia. Mire, hai pouco sinalizaron unha estrada provincial no concello de Gondomar, e os sinais están en español, unicamente, se quere nesa visita podemos pasar por Gondomar, e despois o cal, home, a verdade resulta bastante evidente a súa reconquista. E despois, temos o Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, que independentemente dos anuncios que fagan os concellos, que vostede dixo aquí, se un concello fai o anuncio nun dos dous idiomas oficiais, pois despois evidentemente, o Boletín o respectará, moi ben, pois ata aí vamos a chegar, ¿pero sabe o que?, o Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, o que é a carátula, está en español, non os anuncios dos concellos que hai que respectar o que diga un ou outro nos dous idiomas oficiais. O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, teño aquí dous, por se nun deles estaba equivocado, o do día 18 curiosamente, é onde un tenente alcalde destitúe un membro do Partido Popular da Xunta de Goberno, e di, “Lunes 18 de octubre de 2010. Boletín Oficial de la provincia de Pontevedra”; e o de hoxe, “Viernes 29 de octubre de 2010. Sumario. Administración del Estado. Administración de Justicia. Juzgados de primera instancia e instrucción. Juzgados de lo contencioso-administrativo, etc.”, esta é a carátula, non o que din un ou outro concello, que hai que respectar, porque evidentemente, aquí hai dúas linguas oficiais, pero vostede, a súa institución, e evidentemente, o Partido Popular, nesta fase de reconquista, parece que teñen vergonza do galego. A nós non. Polo tanto, gustaríanos que respectara o idioma propio deste país, que respectaran algunha que outra lei que anda por aí, ¿verdade?, que está aquí, e que fomentara e promovera a lingua que neste momento está máis en perigo, que desgraciadamente é a nosa, que é o galego. Gracias Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Pauliño. Dicirlle, vamos, en primeiro lugar, que o Sr. Figueroa cando se refería ás facturas nos caixóns, referíase concretamente ó Goberno Bipartito da Xunta de Galicia, que deixou 400 millóns de euros só de gasto de farmacia, precisamente nos caixóns, para que o pagara o seguinte, polo tanto, iso é ó que se refería o Sr. Figueroa. En relación á sinalización, imaxínome que si está en castelán, é para que non se perdan os turistas, porque os veciños de Gondomar xa o coñecen, coñecen esa zona, é para que, cando veñan os turistas, que non se perdan, e polo tanto que estean atentos á sinalización. E finalmente, en relación ó do Boletín, intentaremos corrixir, pero eu creo que antes que corrixir iso, dáme a impresión que a vostede lle dá un pouco de alerxia o castelán, sen embargo, eu creo que as boas maridaxes fanse, precisamente así, con dúas linguas, que son as dúas oficiais, e que en vez de enfrontalas deben levarse ben. E polo tanto, nós vamos a loitar, precisamente pola defensa, que xa o facemos a diario, sendo a primeira, a primeira non sei, pero unha das institucións que máis defende, precisamente, o uso do galego en todo aquilo que dalgunha maneira é responsabilidade desta administración. Vale, un minutiño. Sr. Del Río Iglesias.- Un minutiño. Está ben o tema do turismo, o que pasa é que ó mellor habería que poñer, dicir, “remember, you know”. Sr. Presidente.- É que non colle no sinal. Sr. Del Río Iglesias.- ¡Ah!, non colle, pois si home si, si colle, colle e ben collido. ¿Entón, o Boletín Oficial da provincia de Pontevedra é tamén para turistas?. Acabámonos de enterar, está ben, está ben puntualizado, dende logo, vostede ó mellor non se visten nas festas, pero dende logo ocorrencias teñen, vostedes … Sr. Presidente.- Intentamos aplicala … Sr. Del Río Iglesias.- Ten unha serie de ocorrencias, que dios llas conserve. Mire, os que falamos galego e o consideramos a nosa lingua propia, eu dende logo teño a ben saber dúas ou máis linguas, e dende logo, o que é unha evidencia é que dende que vostedes están aí dentro, e sobre todo os rapaces teñen bastante menos competencia en galego que en español, e iso é unha evidencia, e se hai unha lingua que hai que fomentar é o galego, sábeo vostede perfectamente, eu non teño ningún problema en falar español, ningún, ó mellor vostede ten algún en falar galego. Sr. Presidente.- Eu non teño ningún problema, D. Pauliño Del Río Iglesias, en falar galego, porque son un gran defensor do mesmo, polo tanto coincidimos, coincidimos en todo, pero tamén é bo que os que veñen de fóra vexan o noso Boletín, que se ve agora en internet, que o vexan así, con algunha cousa en castelán, para que vexan que non somos agresivos, só, só en galego, ás veces vén algunha cousiña por aí … Sr. Del Río Iglesias.- ¿Agresivos?. Sr. Presidente.- É para invitalos a que participen con nós en cuestións deste tipo, pero bueno … Sr. Del Río Iglesias.- O galego non sole ser agresivo, Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Por iso, por iso digo. Entón hai que ser … Sr. Del Río Iglesias.- Pero bueno está ben, non se preocupe, é unha boa teoría. Sr. Presidente.- Monolinguismo. Sr. Del Río Iglesias.- Animar sempre a … Sr. Presidente.- Animar á concordia. Sr. Del Río Iglesias.- Está ben, está ben. Sr. Presidente.- A concordia é fenomenal para isto. Sr. Del Río Iglesias.- Eu a verdade é que non sei por que non uso o español nesta casa, porque igual hai algún turista entre o público que non se entera. Sr. Presidente.- Veñen moitos visitantes de fóra de Galicia a visitar esta casa. Sr. Del Río Iglesias.- Pois dígolle que igual hai algún turista por aquí que non se enterou deste Pleno. Sr. Presidente.- Pero nos carteis eses, así seguramente a Gondomar lle irá mellor, porque irán máis visitantes alí, estea tranquilo que niso non vai a haber ningún problema. D. Gabriel Martínez. Sr. Martínez Giráldez.- Bo día a todos e a todas. Mire, a miña pregunta segue co tema do idioma, e me gustaría que me dixeran cantos libros editou a Deputación no ano 2009, e cantos leva editado no 2010, e deses, cantos se fixeron en galego. E despois tamén, que me dixeran se se lles está pagando a algún dos autores dos libros, se á parte de publicarlles os libros se se lles pagan, e por favor, a quen se lles leva pagado no 2009, no 2010. Teño despois outra pregunta con respecto ó tema dos anticipos da caixa de préstamos, se é, ¿que control hai?, se un concello solicita un anticipo, se despois hai algún control de se ese diñeiro non se inviste para o que se solicitou, para ese cambio, por parte da Deputación, porque me consta que no caso de Mondariz houbo cambios, e me gustaría saber se houbo esa solicitude formulada formalmente a … Sr. Presidente.- Non, pero dá igual, pero revisaremos iso, supoño que, bueno, revisaremos e daremos esa información. ¿Máis?. Sr. Martínez Giráldez.- Non. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, polo tanto revisaremos esa información. Esperen, esperen, tranquilos tranquilos … Sr. Otero. Sr. Otero Besada.- Estaba primeiro o Sr. Muradas pero bueno … Sr. Presidente.- Eu vou por orden, vén por arriba e vénme así … Sr. Otero Besada.- A miña pregunta vén relacionada co Wimax. Hai 7-8 meses, nesta mesma casa, anunciárase que en xullo, empezaría a funcionar o Wimax, parece ser que empezou a funcionar onte en Meis. Eu paseime o traballo de estar buscando a cobertura que vai a dar isto, de 55 concellos que están adheridos, curiosamente a maior parte deles, ou 52 concretamente, van a ter o Wimax antes do 31 de decembro, pero hai tres concellos, que parece ser, non sei por que, esa é a miña pregunta, por que non van a entrar de momento. Curiosamente en ningún deles goberna o PP, en ningún, un o concello do Grove, parece ser que é inimigo desta casa, non sei por que, outro o concello da Illa e outro o concello de Moaña. Eses tres concellos na páxina web que ten a Deputación non teñen cobertura, todos os demais si, pois entón gustaríame saber ¿que pasa con estes tres concellos?, non son nin de Dozón, nin da Lama, nin do medio do monte, son de alí ó lado, á veira do mar, non sei por que non van a ter cobertura. Sr. Presidente.- Moitas gracias, terá vostede que, evidentemente, se quixeramos facer algo de sectarismo, ó que dalgunha maneira nos teñen habituados os doutras administracións, pois excluiríamos todos aqueles municipios onde goberna o Partido Socialista ou o Bloque Nacionalista Galego. Non é o caso nin o vamos a facer nunca, pero de todas maneiras averiguaremos, evidentemente, esa circunstancia, e lla diremos, está previsto que, evidentemente, vaia camiño dos 55, que era como estaba previsto, polo tanto ningún problema. A maiores os prazos son os que se dixeran, e levamos traballando neste proceso bastante tempo, e finalmente vaise cumprir co que dalgunha maneira determináramos. Primeiro hai que colocar as torres, chegar a un convenio con Retegal, a inversión amplíase porque hai que colocar máis torres, ou sexa, que vamos no camiño que queríamos, e sobre todo dotando a toda a poboación, sobre todo rural, da provincia de Pontevedra, co sistema máis avanzado de rede de banda ancha e de internet. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, el primero es un ruego que concadena con la propuesta del BNG, de las bandas reductoras, en el sentido de que su regulación tenía un período transitorio, que está acabando, está acabando estos días … Sr. Presidente.- ¿Bandas?. Sr. Muradas Ramos.- Las bandas reductoras de velocidad, los badenes. Esta Diputación instaló algunos por toda la provincia que no cumplen, que no cumplen con la nueva normativa, la nueva normativa daba dos años de período transitorio para adaptarse, por eso que me parece que es bastante urgente, por las responsabilidades que pudiesen ocurrir en esta casa, en adaptarlas a la legalidad. Bien, hoy estamos de cumpleaños, hace un año que se aprobó el plan anticrisis, hace 9 meses que vengo reiterando información, de la que dispongo, pues los datos que tenemos, me da que hay un 29% de obra adjudicada. Usted acaba de afirmar en este pleno que hay un 70%. Sr. Presidente.- Sen contar o do ano que vén, que está nun 85. Sr. Muradas Ramos.- Bien, no se lo que cuentan o lo que dejan de contar, eso me parece que es un dato falso. Sr. Presidente.- Non, non damos datos falsos aquí. Sr. Muradas Ramos.- Digo por usar otro recurso, y entonces para que yo no siga considerando que eso es una mentira, le vuelvo a solicitar que me pase información de las obras que están adjudicadas, que están en trámite, cuál es la situación real y en particular. Y este ya es otro ruego aparte, que esos 2.000 millones de las antiguas pesetas que tiene usted a libre disposición, mes a mes, de cuenta a este pleno, porque el Sr. Rajoy invocaba la transparencia en las administraciones y me inspiró el ruego, para que usted mes a mes vaya dando cumplida información en qué va invirtiendo esa partida presupuestaria. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. Mentira non, catedráticos da mentira, para iso xa está o Sr. Zapatero do Partido Socialista, polo tanto … Sr. Muradas Ramos.- Hablemos de nosotros … Sr. Presidente.- Comprenderá que fixo alusión, e eu teño que dicirlle diso, por iso lle daremos toda a información, e a maiores, a que hai é a verdade. Moitas gracias Sr. Muradas. Moi bos días a todos. Levántase a sesión. Gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)