ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2010/07/30_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/2.2010-07-30_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/07/30_Ordinaria

  • Data(s) 2010-07-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 30 de xullo de 2010 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día trinta de xullo do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Carlos Comesaña Abalde, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días. Vamos a dar comezo ó Pleno da Corporación Provincial, aínda que faltan dous compañeiros que, probablemente, van a aparecer dun momento a outro, pero bueno, de todas maneiras vamos a dar comezo a orde do día xa previsto. 1.5971.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- O primeiro que temos é a aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 xuño de 2010. Senón hai nada, procédese, polo tanto, á súa aprobación. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de xuño de 2010. 2.5972.- TOMA DE POSESIÓN DE DON CARLOS COMESAÑA ABALDE COMO DEPUTADO PROVINCIAL Sr. Presidente.- O punto número 2. Toma de posesión de Don Carlos Comesaña Abalde como Deputado provincial. E ten a palabra, neste caso, o Secretario. Sr. Secretario.- Si, recibiuse da Xunta Electoral Central, a credencial de Deputado provincial, a favor de D. Carlos Comesaña Abalde, e presentada na Secretaría declaración de bens patrimoniais, declaracións de causas de posible incompatibilidade así como a liquidación do Imposto sobre a Renda, non hai, pois, obstáculo legal para a súa toma de posesión. Sr. Presidente.- Bueno pois, invitamos neste caso, a Don Carlos Comesaña a que, dalgunha maneira, tome posesión como Deputado Provincial. Sr. Comesaña Abalde.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei, e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Presidente.- Pois dámoslle a benvida, neste caso a D. Carlos Comesaña, como Deputado Provincial do Partido Popular, pertencente ó Partido Xudicial de Vigo. Unha vez recibida da Xunta Electoral Central a credencial de Deputado Provincial a favor de Don Carlos Comesaña Abalde e presentada na Secretaría a declaración de bens patrimoniais, declaración de causas de posible incompatibilidade, así como a liquidación do imposto sobre a renda, e non habendo obstáculo legal, toma posesión do cargo de Deputado Provincial Don Carlos Comesaña Abalde. 4.5974.- APROBACIÓN DE BAIXAS POR ANULACIÓN DE CRÉDITOS EN APLICACIÓNS ORZAMENTARIAS DE ORGANISMOS AUTÓNOMOS E DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Bueno, pois seguindo a orde do día, e tal como comentaron agora os portavoces, pasaríamos e deixaríamos o punto 3 e 5, e pasaríamos ó punto 4. Aprobación de baixas por anulación de créditos en aplicacións orzamentarias de organismos autónomos e Deputación provincial de Pontevedra. As baixas son as seguintes: Por anulación de créditos nos distintos organismos: Deputación Provincial: 667.103,08€; Caixa de Anticipos: 1.268,29€; Escola de Canteiros: 7.513,78€; Escola de Enfermería: 9.876,43€; IPESPO: 2.382,04€; Museo Provincial: 51.988,46€; Padroado Provincial de Turismo: 18.880,73€; Organismo de Recadación autónomo local (ORAL): 97.630,34€. TOTAL: 856.643,15€. Polo tanto, procedemos á votación, neste caso, do punto número 4 de Aprobación de baixas por anulación de créditos en aplicacións orzamentarias de organismos autónomos e Deputación Provincial de Pontevedra. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días. Ben, é para fixar postura con respecto a este asunto nun dobre sentido, por un lado, se nos está transmitindo dunha maneira insistente e aparentemente moi convincente, unha falsidade absoluta, que hai sectores neste estado, que están vivindo por riba das súas posibilidades, ou estaban. No caso concreto dos funcionarios, xa sei que non teñen, certos sectores son de grande imaxe, pero resulta que aínda non recuperaran o nivel adquisitivo do ano 96. Entón, ou levan toda a vida vivindo por riba de todas as súas posibilidades ou é radicalmente falso que os últimos anos estiveran por riba das súas posibilidades. En todo caso, quen estivo por riba das súas posibilidades non foron os funcionarios, os traballadores, senón outros sectores, que ben, que se dedicaron a alegrías financeiras que agora estamos pagando todos. E por outro lado, hai que dedicalo a amortizar débeda, como se a administración local fora a que tivera unha xeración de débeda elevada, cousa que é falsa tamén, radicalmente falsa, en xeral, é falso o de todas as administracións públicas, o que está disparada é a débeda privada, non a pública, e no caso das administracións locais, aínda que esta agora está bastante endebedada, pero en xeral non é certo, é polo tanto unha medida, en fin, que non corresponde para nada á situación obxectiva. Bueno, dito isto, obviamente é unha obriga legal, aquilo de “por imperativo legal”, fixada a postura, obviamente, non vamos a votar en contra, porque se é algo que hai que facer por imperativo legal, pois hai que facelo, e polo tanto pois ímonos a abster. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. José Manuel Figueroa Vila, Portavoz do Partido Popular. Sr. Figueroa Vila.- Bos días. Como dicía o Sr. Mosquera, a veces hai contradicións ou cuestións que moitas veces, pois bueno, son polo menos pouco explicables, e que teña que vir un asunto, que por imperativo legal se teña que poñer en funcionamento e se teña que executar, evidentemente xere estas posibles contradicións, é dicir, nós, seguramente, faríamos outra proposta, é dicir, se estivésemos gobernando, pero bueno, este é un decreto de Estado, un decreto que temos que executar e cumprir todas as administracións. E, polo tanto, nós vamos a votar a favor, porque, evidentemente, senón poderíamos entrar nunha contradición, se tivésemos que tomar a decisión que coa vontade política que cada un puidese ter, poida darse esa circunstancia que neste Pleno, pois, ó mellor non tivese votos suficientes para saír adiante, eu creo que a nosa postura está clara tamén, xa o dixemos repetidamente, varias veces, que nós non estamos de acordo con este decreto, pero ó ser un decreto que hai que cumprilo, evidentemente, por lei, non nos queda ningún remedio, a responsabilidade do Goberno nos fai, evidentemente, que teñamos que votar para que se poida executar, pero bueno, son as contradicións que ás veces se poden dar. Polo tanto, que quede perfectamente clara a nosa postura como grupo, que nós non estamos de acordo con esta situación, pero que evidentemente, por responsabilidade de Goberno, non temos máis remedio que executala. Sr. Presidente.- Don Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Iso son matices, Sr. Figueroa, sen ánimo de que este asunto está moi trillado, deu moitas voltas. Home, cando un non ten responsabilidades de Goberno, é moi fácil dicir, “¡que!”, pero resulta que cando estiveron, por exemplo, os funcionarios, os salarios conxelados tropecentos anos, en épocas sen inflación, era bastante forte, bueno, que non están de acordo coas medidas, vamos a deixalo, digo do que fixo cada quen e do que defendeu cada quen, non agora, agora, pois, queda moi mono que non se está de acordo e demais, nós xa dixemos o que tiñamos que dicir, por activa e por pasiva e reiterámonos no posicionamento. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa Vila. Sr. Figueroa Vila.- Non vamos a entrar, evidentemente, no fondo, como di vostede, unha cuestión de matiz, nós tamén, cando se gobernou, o noso partido en Madrid, tomáronse decisións importantes, pero bueno, tamén tiveron consecuencias positivas, é dicir, que ó final se negaron os postos de traballo que negaron, a economía marchou francamente ben, e polo tanto cando un toma decisións, e esas decisións van acompañadas de conclusións ou consecuencias positivas, pois evidentemente aí esta, só hai que comparar as xestións duns e doutros. Polo tanto, eu creo que esas decisións que se tomaron cando gobernou o Partido Popular, ó final foron efectivas, é pois, os postos de traballo creáronse, aí están, eu creo que xa non o cuestiona absolutamente ninguén, polo tanto, vou, sen entrar en máis matices, creo que volvemos a repetir, nós non estamos de acordo con este decreto, pero evidentemente as responsabilidades de Goberno fainos que votemos a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Procedemos polo tanto a aprobación do punto número 4 da orde do día. Aprobación de baixas por anulación de créditos en aplicacións orzamentarias de organismos autónomos e Deputación Provincial de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Real Decreto Lei 8/2010, de 20 de maio polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público, establece en canto ás medidas en materia económico financeira das entidades locais, no seu artigo 14, que se declararán recursos afectados os derivados da aplicación das medidas de redución de custos de persoal nos exercicios 2010 e 2011, que se destinarán, coa orde de preferencia no que están relacionados, ás seguintes finalidades: a) A sanear o remanente de tesourería derivado da última liquidación, cando este fose negativo. b) A diminuír o nivel de endebedamento a longo prazo. c) Ó financiamento de investimentos. Resultando que o aforro que se consegue coa aplicación das medidas de recorte dos custos de persoal durante o ano 2010 nos créditos orzamentarios da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos é o seguinte: -Deputación de Pontevedra............................................ 667.103,08 € -Escola de Canteiros....................................................... 7.513,78 € -Museo Provincial............................................................. 51.988,46 € -IPESPO .......................................................................... 2.382,04 € -Turismo “Rías Baixas”................................................... 18.880,73 € -Caixa de Anticipos de Cooperación............................... 1.268,29 € -ORAL. ……………………………………………... 97.630,34 € -Escola de Enfermería. ……………………………… 9.876,43 € Resultando que a Deputación Provincial de Pontevedra non tivo remanente de tesourería negativo na liquidación do exercicio de 2009, e como ten endebedamento propio, destinará o aforro a reducir o endebedamento. Así mesmo os organismos autónomos, Escola de Canteiros, Museo Provincial de Pontevedra, IPESPO, Turismo “Rías Baixas”, Caixa de Anticipos de Cooperación, ORAL e a Fundación Escola Universitaria de Enfermería, non tiveron remanentes de tesourería negativo, e dado que tampouco teñen endebedamento propio, destinarán o aforro a reducir o endebedamento da Deputación Provincial de Pontevedra. Vistas as diferentes propostas da Presidencia para efectuar baixas por anulación de créditos de gastos no orzamento do exercicio de 2010 da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos, e vistos así mesmo os respectivos informes favorables de Intervención, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: 1. Aprobar as baixas por anulación de créditos nas aplicacións de gastos do orzamento do exercicio de 2010 da Deputación Provincial de Pontevedra e dos organismos autónomos, Escola de Canteiros, Museo Provincial de Pontevedra, IPESPO, Turismo “Rías Baixas”, Caixa de Anticipos de Cooperación, ORAL e na Fundación Escola Universitaria de Enfermería, polos importes que a continuación se sinalan: • Baixas por anulación de créditos nas aplicacións de gastos do orzamento do exercicio de 2010 da Deputación Provincial de Pontevedra Desagregación por servizos persoal funcionario: APLICACIÓN ORZAMENTARIA CONCEPTO IMPORTE 10/230.230.120.01 Soldo 1.440,32 10/230.230.120.09 P. Extra 2.535,10 10/230.230.121.00 C. Destino 1.955,87 10/230.230.121.01 C. Específico 2.952,61 10/230.230.120.06 Antigüidade 211,53 10/230.230.151.00 Gratificacións 0,00 10/232.232.120.01 Soldo 18.267,20 10/232.232.120.09 P. Extra 31.326,30 10/232.232.121.00 C. Destino 32.650,10 10/232.232.121.01 C. Específico 44.200,26 10/232.232.120.06 Antigüidade 3.677,44 10/232.232.151.00 Gratificacións 3.762,18 10/241.433.120.01 Soldo 742,00 10/241.433.120.09 P. Extra 1.186,28 10/241.433.121.00 C. Destino 693,70 10/241.433.121.01 C. Específico 870,29 10/241.433.120.06 Antigüidade 28,15 10/241.433.151.00 Gratificacións 169,49 10/330.330.120.01 Soldo 1.057,28 10/330.330.120.09 P. Extra 1.791,26 10/330.330.121.00 C. Destino 1.405,60 10/330.330.121.01 C. Específico 2.724,18 10/330.330.120.06 Antigüidade 135,30 10/330.330.151.00 Gratificacións 0,00 10/332.330.120.01 Soldo 4.283,30 10/332.330.120.09 P. Extra 7.024,40 10/332.330.121.00 C. Destino 5.087,88 10/332.330.121.01 C. Específico 6.718,12 10/332.330.120.06 Antigüidade 450,72 10/332.330.151.00 Gratificacións 559,60 10/333.330.120.01 Soldo 731,50 10/333.330.120.09 P. Extra 1.174,09 10/333.330.121.00 C. Destino 577,29 10/333.330.121.01 C. Específico 1.186,79 10/333.330.120.06 Antigüidade 113,82 10/333.330.151.00 Gratificacións 0,00 10/336.330.120.01 Soldo 218,33 10/336.330.120.09 P. Extra 480,47 10/336.330.121.00 C. Destino 1.708,42 10/336.330.121.01 C. Específico 2.424,38 10/336.330.120.06 Antigüidade 169,66 10/336.330.151.00 Gratificacións 348,43 10/337.337.120.01 Soldo 21,00 10/337.337.120.09 P. Extra 85,85 10/337.337.121.00 C. Destino 482,30 10/337.337.121.01 C. Específico 472,58 10/337.337.120.06 Antigüidade 9,42 10/337.337.151.00 Gratificacións 37,64 10/340.340.120.01 Soldo 489,58 10/340.340.120.09 P. Extra 792,57 10/340.340.121.00 C. Destino 772,87 10/340.340.121.01 C. Específico 1.010,22 10/340.340.120.06 Antigüidade 17,58 10/340.340.151.00 Gratificacións 118,65 10/410.410.120.01 Soldo 1.912,61 10/410.410.120.09 P. Extra 3.134,04 10/410.410.121.00 C. Destino 2.314,97 10/410.410.121.01 C. Específico 2.948,67 10/410.410.120.06 Antigüidade 104,11 10/410.410.151.00 Gratificacións 357,82 10/411.412.120.01 Soldo 3.066,49 10/411.412.120.09 P. Extra 4.964,50 10/411.412.121.00 C. Destino 4.798,50 10/411.412.121.01 C. Específico 6.880,95 10/411.412.120.06 Antigüidade 254,81 10/411.412.151.00 Gratificacións 304,29 10/413.413.120.01 Soldo 4.400,34 10/413.413.120.09 P. Extra 7.090,67 10/413.413.121.00 C. Destino 5.427,87 10/413.413.121.01 C. Específico 7.568,38 10/413.413.120.06 Antigüidade 342,89 10/413.413.151.00 Gratificacións 1.428,18 10/456.450.120.01 Soldo 9.125,83 10/456.450.120.09 P. Extra 15.319,40 10/456.450.121.00 C. Destino 20.735,26 10/456.450.121.01 C. Específico 23.670,70 10/456.450.120.06 Antigüidade 1.810,67 10/456.450.151.00 Gratificacións 2.041,16 10/457.450.120.01 Soldo 1.088,78 10/457.450.120.09 P. Extra 1.910,17 10/457.450.121.00 C. Destino 1.940,82 10/457.450.121.01 C. Específico 2.650,81 10/457.450.120.06 Antigüidade 268,66 10/457.450.151.00 Gratificacións 319,83 10/900.912.100.00 Retrib. básicas, org. goberno 31.619,28 10/912.912.120.01 Soldo 1.073,10 10/912.912.120.09 P. Extra 1.812,04 10/912.912.121.00 C. Destino 1.683,01 10/912.912.121.01 C. Específico 3.593,45 10/912.912.120.06 Antigüidade 53,24 10/912.912.151.00 Gratificacións 154,11 10/920.920.120.01 Soldo 1.703,31 10/920.920.120.09 P. Extra 3.013,09 10/920.920.121.00 C. Destino 5.486,11 10/920.920.121.01 C. Específico 10.548,38 10/920.920.120.06 Antigüidade 575,48 10/920.920.151.00 Gratificacións 172,91 10/921.920.120.01 Soldo 2.386,37 10/921.920.120.09 P. Extra 3.921,89 10/921.920.121.00 C. Destino 2.857,89 10/921.920.121.01 C. Específico 5.925,71 10/921.920.120.06 Antigüidade 268,69 10/921.920.151.00 Gratificacións 79,10 10/921.920.150.01 Produtividade lineal 37.189,23 10/922.920.120.01 Soldo 1.452,92 10/922.920.120.09 P. Extra 2.351,80 10/922.920.121.00 C. Destino 2.019,64 10/922.920.121.01 C. Específico 3.243,88 10/922.920.120.06 Antigüidade 120,40 10/922.920.151.00 Gratificacións 621,40 10/923.923.120.01 Soldo 1.405,74 10/923.923.120.09 P. Extra 2.213,71 10/923.923.121.00 C. Destino 1.368,78 10/923.923.121.01 C. Específico 2.478,75 10/923.923.120.06 Antigüidade 182,14 10/923.923.151.00 Gratificacións 0,00 10/924.924.120.01 Soldo 412,93 10/924.924.120.09 P. Extra 726,18 10/924.924.121.00 C. Destino 852,25 10/924.924.121.01 C. Específico 1.693,21 10/924.924.120.06 Antigüidade 89,77 10/924.924.151.00 Gratificacións 0,00 10/925.920.120.01 Soldo 855,33 10/925.920.120.09 P. Extra 1.376,38 10/925.920.121.00 C. Destino 1.105,16 10/925.920.121.01 C. Específico 1.470,96 10/925.920.120.06 Antigüidade 8,17 10/925.920.151.00 Gratificacións 0,00 10/926.926.120.01 Soldo 1.983,94 10/926.926.120.09 P. Extra 3.203,58 10/926.926.121.00 C. Destino 2.105,60 10/926.926.121.01 C. Específico 3.367,52 10/926.926.120.06 Antigüidade 79,45 10/926.926.151.00 Gratificacións 257,31 10/927.920.120.01 Soldo 778,68 10/927.920.120.09 P. Extra 1.308,98 10/927.920.121.00 C. Destino 1.188,88 10/927.920.121.01 C. Específico 2.002,03 10/927.920.120.06 Antigüidade 68,96 10/927.920.151.00 Gratificacións 118,65 10/928.920.120.01 Soldo 956,97 10/928.920.120.09 P. Extra 1.453,85 10/928.920.121.00 C. Destino 1.828,96 10/928.920.121.01 C. Específico 3.631,84 10/928.920.120.06 Antigüidade 222,91 10/928.920.151.00 Gratificacións 1.007,92 10/929.920.120.01 Soldo 1.140,72 10/929.920.120.09 P. Extra 1.981,06 10/929.920.121.00 C. Destino 1.406,72 10/929.920.121.01 C. Específico 2.239,90 10/929.920.120.06 Antigüidade 84,50 10/929.920.151.00 Gratificacións 0,00 10/931.931.120.01 Soldo 4.017,16 10/931.931.120.09 P. Extra 6.419,54 10/931.931.121.00 C. Destino 4.938,99 10/931.931.121.01 C. Específico 10.172,68 10/931.931.120.06 Antigüidade 450,60 10/931.931.151.00 Gratificacións 158,20 10/934.934.120.01 Soldo 674,24 10/934.934.120.09 P. Extra 1.057,35 10/934.934.121.00 C. Destino 868,63 10/934.934.121.01 C. Específico 2.068,15 10/934.934.120.06 Antigüidade 115,27 10/934.934.151.00 Gratificacións 118,65 10/942.942.120.01 Soldo 1.252,44 10/942.942.120.09 P. Extra 2.073,09 10/942.942.121.00 C. Destino 1.611,12 10/942.942.121.01 C. Específico 2.999,51 10/942.942.120.06 Antigüidade 188,02 10/942.942.151.00 Gratificacións 0,00 541.300,54 Desagregación por servizos persoal eventual: APLICACIÓN ORZAMENTARIA CONCEPTO IMPORTE 10/912.912.110.00 Retribucións 28.535,69 Desagregación por servizos persoal laboral fixo: APLICACIÓN ORZAMENTARIA CONCEPTO IMPORTE 10/232.232.130.00 Retribucións 2.469,28 10/340.340.130.00 Retribucións 1.574,37 10/457.450.130.00 Retribucións 117,97 10/912.912.130.00 Retribucións 1.449,65 10/924.924.130.00 Retribucións 4.616,28 10/934.934.130.00 Retribucións 401,07 10.628,62 Desagregación por servizos persoal laboral temporal: APLICACIÓN ORZAMENTARIA CONCEPTO IMPORTE 10/232.232.131.00 Retribucións 16.661,53 10/241.241.131.00 Retribucións 24.658,28 10/330.330.131.00 Retribucións 1.164,62 10/332.330.131.00 Retribucións 8.463,25 10/336.330.131.00 Retribucións 295,23 10/337.337.131.00 Retribucións 291,20 10/340.340.131.00 Retribucións 870,37 10/410.410.131.00 Retribucións 965,00 10/411.412.131.00 Retribucións 7.492,37 10/413.413.131.00 Retribucións 6.738,43 10/456.450.131.00 Retribucións 4.414,08 10/457.450.131.00 Retribucións 734,10 10/912.912.131.00 Retribucións 1.711,16 10/920.920.131.00 Retribucións 1.779,00 10/922.920.131.00 Retribucións 294,25 10/923.923.131.00 Retribucións 1.873,95 10/924.924.131.00 Retribucións 294,25 10/926.926.131.00 Retribucións 294,25 10/931.931.131.00 Retribucións 294,25 10/942.942.131.00 Retribucións 7.348,66 86.638,23 • Baixas por anulación de créditos nas aplicacións de gastos do orzamento do exercicio de 2010 do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra. APLICACIÓN ORZAMENTARIA CONCEPTO IMPORTE 10/833.333.130.00 R. persoal laboral fixo 41.211,97 10/833.333.130.00 Produtividade extra 1.863,79 10/833.333.131.01 R. persoal laboral eventual 7.815,25 10/833.333.131.02 Produtividade extra 250,00 10/833.333.150.00 Produtividade 500,00 10/833.333.151.00 Gratificacións 347,45 Total……………………. 51.988,46 • Baixas por anulación de créditos nas aplicacións de gastos do orzamento do exercicio de 2010 do Organismo Autónomo Local Escola de Canteiros de Pontevedra. APLICACIÓN ORZAMENTARIA CONCEPTO IMPORTE 10/832.323.130.00 R. persoal laboral fixo 6.290,88 10/832.323.130.00 Produtividade extra 379,85 10/832.323.140.00 Outro persoal 366,49 10/832.323.150.00 Produtividade 350,00 10/832.323.151.00 Gratificacións 126,56 Total…………………………. 7.513,78 • Baixas por anulación de créditos nas aplicacións de gastos do orzamento do exercicio de 2010 do Organismo Autónomo Local Caixa de Anticipos de Cooperación. APLICACIÓN ORZAMENTARIA CONCEPTO IMPORTE 10/894.492.150.00 Produtividade 1.037,50 10/894.492.151.00 Gratificacións 230,79 Total…………………………. 1.268,29 • Baixas por anulación de créditos nas aplicacións de gastos do orzamento do exercicio de 2010 do Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas. APLICACIÓN ORZAMENTARIA CONCEPTO IMPORTE 10/843.432.110.00 R. persoal eventual 1.057,49 10/843.432.130.00 R. persoal laboral fixo 12.235,44 10/843.432.131.00 R. persoal laboral temporal 5.005,98 10/843.432.150.00 Produtividade 350,00 10/843.432.151.00 Gratificacións 231,82 Total…………………………. 18.880,73 • Baixas por anulación de créditos nas aplicacións de gastos do orzamento do exercicio de 2010 do Organismo Autónomo Local Instituto para a Promoción e o Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO). APLICACIÓN ORZAMENTARIA CONCEPTO IMPORTE 10/815.156.131.00 R. persoal laboral eventual 1.459,31 10/815.156.150.00 Produtividade 542,50 10/815.156.151.00 Gratificacións 380,23 Total…………………………. 2.382,04 • Baixas por anulación de créditos nas aplicacións de gastos do orzamento do exercicio de 2010 do Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais (ORAL). APLICACIÓN ORZAMENTARIA CONCEPTO IMPORTE 10/893.932.120.00 Funcionarios-Retribucións básicas 8.771,63 10/893.932.121.00 Funcionarios-Complemento de destino 4.207,60 10/893.932.121.01 Funcionarios-Complemento específico 9.393,29 10/893.932.130.00 Persoal laboral fixo-Retribucións básicas 69.590,43 10/893.932.130.01 Horas extraordinarias 180,01 10/893.932.130.02 Outras remuneracións 615,14 10/893.932.131.00 Persoal Laboral Temporal 1.700,00 10/893.932.150.00 Produtividade 2.375,00 10/893.932.150.01 Produtividade extra 747,34 10/893.932.151.00 Gratificacións 50,00 Total…………………………. 97.630,34 • Baixas por anulación de créditos nas aplicacións de gastos do orzamento do exercicio de 2010 da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. APLICACIÓN ORZAMENTARIA CONCEPTO IMPORTE 10/831.323.130.00 R. persoal laboral fixo 3.922,61 10/831.323.151.00 Gratificacións 5.953,82 Total…………………………. 9.876,43 2. Estas baixas por anulación de créditos destinaranse ó financiamento do próximo expediente de suplemento de créditos que se tramite para poder amortizar a parte correspondente do endebedamento vivo pendente de amortizar. 3. As achegas que realiza a Deputación de Pontevedra con cargo ó orzamento do exercicio de 2010 para os gastos correntes dos seus organismos autónomos, reduciranse polos importes das respectivas baixas por anulación que son as seguintes: -Escola de Canteiros............................................................ 7.513,78 € -Museo Provincial................................................................ 51.988,46 € -IPESPO .............................................................................. 2.382,04 € -Turismo “Rías Baixas”...................................................... 18.880,73 € -Caixa de Anticipos de Cooperación................................ 1.268,29 € -ORAL. ……………………………………………... 97.630,34 € -Escola de Enfermería. ……………………………… 9.876,43 € 3.5973.- ADXUDICACIÓN DE OPERACIÓN DE PRÉSTAMO, CON PREVIA APERTURA DE CRÉDITO, PARA FINANCIAR PARTE DOS INVESTIMENTOS PREVISTOS NO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O EXERCICIO DE 2010 Sr. Presidente.- Xa coa incorporación dos dous compañeiros, seguindo a orde do día, temos o punto número 3. Adxudicación de operación de préstamo, con previa apertura de crédito, para financiar parte dos investimentos previstos no orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2010. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, isto é unha adxudicación da operación de préstamo, non ten absolutamente nada, abriuse a apertura, se fixo a adxudicación, e polo tanto traemos hoxe a aprobación. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Pois senón hai, e como foi debatida ademais na Comisión Informativa previa, vamos a proceder á votación da adxudicación de operación de préstamo, con previa apertura de crédito, para financiar parte dos investimentos previstos no orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2010. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Deputación Provincial na sesión que tivo lugar o día 22 de decembro de 2009 aprobou inicialmente o orzamento para o exercicio de 2010, incluíndo en dito acordo a autorización para a concertación dunha operación de crédito/préstamo por importe de 15.000.000,00 euros, para financiar parte do plan de investimentos do mesmo. Este acordo plenario, unha vez exposto ó público, sen que se presentaran reclamacións contra o mesmo durante o prazo regulamentario, considerouse definitivamente aprobado, e publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, número 11 de data 19 de xaneiro de 2010. Resultando que o Ilmo. Sr. Presidente con data 9 de xuño de 2010 elaborou as bases para a contratación da referenciada operación de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 15.000.000,00 euros, destinada a financiar parte das inversión previstas no orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2010. Resultando que con data 10 de xuño enviáronse invitacións a un total de vinte e cinco entidades financeiras que operan na provincia de Pontevedra, para que formularan ofertas de acordo coas citadas bases. Resultando que o día 19 de xullo de 2010, se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación e a apertura das ofertas presentadas polas entidades financeiras, Banesto, Banco Caixa Geral, Caja Madrid, Dexia Sabadell, La Caixa, Caixa Galicia, Grupo Banco Popular, Banco Santander Central Hispano, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, Banco Pastor, Banco Gallego e Caixanova, as cales foron admitidas, pasándose o expediente a informe dos técnicos de Intervención. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 20 de xullo de 2010, formula proposta para adxudicar a operación de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 15.000.000,00 euros, á oferta da entidade financeira Banco Bilbao Vizcaya Argentaria “BBVA”, ó considerar que o “Euribor 3 meses + 1,14%”, é o mellor tipo de interese dos ofertados. Considerando que esta operación de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 15.000.000,00 euros, supera o 10% dos recursos ordinarios do orzamento do exercicio de 2010, e que de conformidade co establecido no artigo 52.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais a competencia para adxudicar este contrato é do Pleno. Considerando que para contratar esta operación de préstamo, por importe de 15.000.000,00 euros, se levou a cabo un procedemento de concorrencia garantindo os principios xurídicos de publicidade, competencia, contradición e igualdade de oportunidades dos licitadores, en base a que este tipo de contratos quedan excluídos do ámbito de aplicación da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, de conformidade co previsto no artigo 4.1.l) da mesma. Visto así mesmo o informe de Intervención de data 20 de xullo de 2010 onde consta que a Deputación de Pontevedra conta con recursos suficientes para facer fronte as obrigas que se derivan deste contrato e que a súa tramitación se suxeitou á normativa vixente. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: 1. Aprobar o contrato de préstamo e adxudicar á entidade financeira Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. (BBVA) (CIF-A-48265169), a operación de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 15.000.000,00 euros, para financiar parte das inversións previstas no orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2010, de acordo coas seguintes condicións: a) Importe: 15.000.000,00 euros. b) Prazo de vixencia: 12 anos a partir da data de formalización do contrato. c) Período de carencia: Os 2 primeiros anos. d) Período de dispoñibilidade: Os 2 primeiros anos. e) Período de amortización: Os 10 anos seguintes. f) Cotas de amortización do principal: Cotas trimestrais constantes. g) Tipo de interese: Interese variable; Euribor Trimestral + 1,14% Diferencial. h) Períodos de interese: Serán trimestrais, coincidindo co trimestre natural, salvo o primeiro e o último período que se liquidarán en función das disposicións e da data de firma do contrato. i) Comisión de apertura: 0%. j) Comisión de apertura anticipada: 0%. k) Outras comisións: 0%. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente contrato de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 15.000.000,00 euros, coa entidade financeira Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. (BBVA) (CIF-A-48265169), así coma os demais documentos que procedan. 5.5975.- PARTICIPACIÓN DA DEPUTACIÓN NO CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO E CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN XESTORA PARA A ELABORACIÓN DOS ESTATUTOS Sr. Presidente.- Punto número 5. Participación da Deputación no Consorcio provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento e constitución da Comisión Xestora para a elaboración dos Estatutos. Ten a palabra a Sra. Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Moi bos días a todos e a todas. E tal e como se reflicte no punto da orde do día, trátase de acordar a participación da Deputación de Pontevedra no futuro consorcio provincial, que a raíz do establecido na Lei 5/2007, de 7 maio, de emerxencias de Galicia, que propón á Xunta de Galicia impulsar os distintos consorcios provinciais contra incendios, na Comunidade Autónoma Galega, pois entendo, que na actualidade a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra están xa participando nos consorcios comarcais contra incendios e salvamento desta provincia, para dar unha resposta normalizada e consonte á Lei citada, 5/2007. Trátase de … esta creación dun consorcio provincial de incendios, que ademais supón unha maior racionalización dos recursos ó entrar nese adelgazamento da administración, que está establecido no mesmo, trátase polo tanto, de solicitar a participación da Deputación no Consorcio provincial, e ademais de nomear ós representantes da mesma, para iniciar a Xunta a Comisión xestora que elabore os estatutos deste Consorcio provincial, que por esta parte, proponse á Deputada Provincial Teresa Pedrosa, eu mesma, e de suplente a Perfecto Rodríguez. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sr. Presidente. Este tema é absolutamente recorrente, e levamos, o primeiro o que se constituíra creo que fora o de Silleda, ¿non?, o de Lalín e A Estrada, xa van para alá bastantes anos, e sempre pecou o mesmo do mesmo, fóronse dando paus de cego a un lado e para outro. Queríaselle cobrar ata ós concellos pequenos, que non tiñan capacidade, despois quitouse, despois púxose, é que fóronse creando unha serie, non, catro, nestes momentos, de parques comarcais, non se tivo en conta a estrutura, as capacidades e dispoñibilidades dos parques dos concellos, uns tiñan a obriga e non tiñan parque, outros estaban suplindo as obrigas dos que non tiñan que facelo, os servizos que non tiñan obriga, e máis os que a tiñan, etc.. E a nós, o que nos parece é que é un tema mal enfocado dende o principio, e que isto vai a ser un paso máis nunha dirección incorrecta, isto atáquese de fondo, racionalícese toda a estrutura de …, bueno, de bombeiros, de servizos contra incendios e salvamento, ou senón seguiremos dando paus de cego para un lado e para outro, cambiando cada dous por tres e sen atacar os problemas. Non é só nesta provincia, outros lados quixéronse comarcalizar, nunhas cidades fíxose mal, porque non estaba ben estruturado no fondo, creou máis problemas dos que resolveu, etc. Entón, en consonancia, creo que, o que din as actas do que temos dito noutras ocasións, pois nesta, non se está poñendo, polo contrario, poñendo digamos, non o que está senón o que debería ser, é que sexa a nivel provincial, sexa a nivel territorial, equivalente en superficie á provincia máis ou menos, o que sexa, está claro que sería bo, sería bo que houbera unha estrutura única, pero esa estrutura única pasa inevitablemente por coordinar cos bombeiros que nestes momentos existen nas cidades, pasa inevitablemente. O outro vai a ser outro pau de cego, agudizado polo problema de xestión, e do día a día que vai a crear máis problemas dos que se foron resolvendo, como ten sucedido ata agora. Polo tanto, nós, tal como vén a proposta non a podemos apoiar, non a podemos apoiar, ou se ataca coa estrutura única, non digo provincial, se é provincial vale, pero bueno, podería ser, de feito os bombeiros non teñen, igual que as forzas de seguridade, non teñen límite, quero dicir, que se hai que prestar un servizo vaise prestar ata Portugal, digo que non fai falta que sexa provincial, bueno dá igual, iso habería que estudalo, pero se articula tamén nese servizo ós bombeiros da cidade, entón si que estaríamos cunha estrutura de escala moito máis operativa, e si que sería non adelgazar, sería racionalizar de verdade, ou senón francamente isto, non nos parece que resolva, e cando se está plantexando algo deste tipo, o normal sería plantexalo de verdade, e non un pasiño adiante, que xa veremos, senón é un pasiño atrás, e que deixa o fondo sen resolver. Sr. Presidente.- Ten a palabra D. Juan Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Bien, a pesar de que, lo que acaba de decir el portavoz del BNG, no contempla toda la estructura provincial de parques existentes, como paso inicial nosotros estaríamos dispuestos a apoyar esta propuesta, pero lo que si no estamos dispuestos a apoyar es el segundo punto, porque mal empezamos, si queremos redactar unos estatutos y no se le da participación a la oposición, yo creo que hay dos puestos y sería conveniente, porque si no esos estatutos van a nacer mal, y creo que sería conveniente dar participación, si se acepta esta propuesta nuestro Grupo apoyaría la propuesta completa. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. Ten a palabra Dona Teresa Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- En canto ó último, ó Sr. Muradas. Está mal a proposta, como dixen na miña intervención. Só se pode nomear a un representante de cada unha das dúas institucións, a Xunta de Galicia mandou a proposta de nomear ó Director Xeral de Emerxencias, se así está previsto un suplente, de todos os xeitos eu bríndome a que aquí, na Comisión Informativa correspondente, tratemos cada tema, subliño, un representante que neste caso vouno a asumir eu, e como suplente está mal posto aquí, o erro o cometeu inicialmente, iso por unha parte. Por outra parte, o tema está alí, nós brindámonos a que na Comisión Informativa pois se vaia falando e comentando o tema dos estatutos para que sexa consensuado no posible, pero só está previsto a participación dun representante da Xunta de Galicia e un da Deputación de Pontevedra, neste caso. En canto ó dito polo Sr. Mosquera, sorpréndeme bastante, porque o primeiro paso para unificar e racionalizar esa constitución dun Consorcio provincial, que despois cada concello, que neste caso os concellos de máis de 20.000 habitantes teñan a propia competencia, terán que falar e negociar individualmente, no marco da súa autonomía, pois, nun futuro a posible integración ou a racionalización, pero o paso inicial establecido na Lei de emerxencias de Galicia, onde propón que a Xunta de Galicia debe iniciar esta creación dos Consorcios provinciais, lles recordo que é unha Lei de 2007, é dicir, feita por vós, e que agora unha cousa que propoñía no ano 2007 como racional, cando toque a súa execución, consideren que non é oportuna. Eu creo que neste momento hai moitos parques de bombeiros de cada provincia, no caso da provincia de Pontevedra hai unha xestión moi similar, e que é lóxico e coherente facer unha xestión unitaria de todos os parques, a través dun Consorcio provincial que mellore tanto a xestión como os medios dos bombeiros. O que se vai a falar agora, esa integración da Deputación nese Consorcio provincial, é a constitución, o nomeamento por parte da Deputación das persoas que estarán na Comisión xestora, non se está falando absolutamente de nada máis. Entón, encontro, con todos os meus respectos, moito sentido ó que anteriormente dixo. Nós pedimos que se apoie esta circunstancia e nos comprometemos a falar nas Comisións Informativas necesarias, pois, da redacción dos mesmos, e informar a todos os Deputados de como van os trámites. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. Ten a palabra o D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, eu creo que me debín de explicar bastante mal. En Galicia nestes momentos, vamos, na provincia de Pontevedra, hai 6 parques de bombeiros, 4 están xestionados, ó final fóronse case unificando, entre participados, digamos por Deputación e Xunta, e parcialmente polos concellos, e dous que son máis grandes que están xestionados única e exclusivamente, un polo concello de Vigo e outro polo concello de Pontevedra. O de Cangas, creo que nestes momentos está integrado no Morrazo, un pequeniño que había alí. Creo que é esta a situación. Entón, se quere facer un consorcio, que de verdade, que faga unha estrutura provincial, quedamos en facer unha proposta entre Xunta e Deputación para os catro mini parques que se están xestionando, e deixamos fóra os outros dous, os máis potentes, os que teñen máis medios e máis persoal. Ademais, de verdade, explique, o consorcio non ten porque excluílos, iso non aparece en ningunha Lei, que eu saiba, en ningunha, entón non sei porque ten que excluílos, non sei, a iso é ó que me estaba referindo, que a ver se atacamos dunha vez, se atacamos dunha vez, o facer unha estrutura única, única, con Lei ou sen Lei, é un problema de vontade política e certas dificultades administrativas tamén é certo, pero é un problema dese tipo. Levamos anos e anos dando voltas sen facelo, bueno, senón se quere facer é outra cousa, agora, como vai haber un Consorcio único, unha xestión única e coordinada en toda a provincia, cando o Consorcio só se vai a facer entre Xunta e Deputación, que se me explique, que se me tararee, eu dende logo, dos papeis non saco nada, faise referencia ós catro parques, non se fai nada … en absoluto, dos papeis, se se me di outra cousa, en todo caso tampouco me interesaría, a ver, interesar si, pero tampouco me decidiría en nada do que se fala aquí, porque realmente o que leva a voz cantante nesto é a Xunta, que aí é onde está o problema, se a Xunta quere afrontar, facer, estruturar, todos os bombeiros de Galicia nun corpo único, coordinado cando menos, ou segue cos, meténdose nos parquiños pequenos, e os urbanos os deixa á parte, que me parece que é a segunda, porque senón, alguén tiña que estar aquí dos concellos ou había que traer, polo menos saber de que vai isto, e que eu saiba non se negociou para nada cos concellos das cidades, entón a situación é … Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra a Sra. Pedrosa. Só engadir un dato, que vostede ben sabe que por competencia, hai unha serie de concellos que teñen entre outras obrigas dar ese servizo, ¿verdade?. Polo tanto, por algún sitio hai que empezar, vostede foi ademais un dos que participou con nós, e de maneira incesante neste mesmo escenario reclamou sempre a posta en marcha do servizo contra incendios na provincia de Pontevedra, sobre todo para atender ós municipios pequenos e medianos, que non teñen ningunha posibilidade, polo tanto, creo que isto vén a corrixir, dalgunha maneira, algo que eu xa levo demandando fai tempo, e agora se dá a posibilidade, porque non houbo posibilidade antes, eu xa lle propuxera ó anterior goberno de Galicia, e non se deron as premisas para iso, e agora se están poñendo dalgunha maneira, pois, en marcha, por primeira vez, un Consorcio provincial onde creo que cun único xerente, se pode dar inicio a unha boa cobertura neste ámbito de loita contra os incendios no ámbito urbano, e creo que vamos a dar un bo servizo na provincia de Pontevedra, coa posta en marcha como digo deste consorcio. Pero bueno, a maiores a Sra. Pedrosa, que estivo coordinando todo isto, lle pode incluso dar máis información. Sra. Pedrosa Silva.- Es que, Sr. Mosquera, legalmente no se puede proponer que se incluyan, porque por ley la competencia es de Vigo y Pontevedra, imagínese usted que la Xunta de Galicia y la Diputación usurpen la competencia de un concello, no pueden proponer. Lo que si está previsto, y se habló de la negociación, es que posteriormente a la creación del consello se pueden establecer las vías de diálogo para intentar comarcalizar los parques, integrarlos y demás, pero tendría que ser la propuesta del propio ayuntamiento que tiene competencia exclusiva, sino sería una invasión de competencias por parte de la Xunta de Galicia o de la Diputación, en las competencias que por Ley le establecen a otro, con lo cuál no se puede proponer, pero si en la filosofía de la negociación está prevista la futura incorporación, esto simplemente es dar cumplimiento a una Ley, que insisto, que es del año 2007, propuesta, y que además establece lo que puede acordar, a dónde llegan sus competencias no puede invadir otras, por eso no están las grandes ciudades, nada más, no tiene ninguna otra connotación, y sería imposible, y no acorde a la legislación vigente, incluirlas inicialmente sin coordinación de los mismos, ahora, previsto está. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, está tomada unha decisión, repito, paréceme que é un erro, porque claro, cada argumento que se dá, cada argumento que se dá, evidentemente vai afondando en cousas e tal. Mire, están usurpando as competencias de Vilagarcía, Redondela, Cangas, Marín, Ponteareas, todos os que teñan máis de 20.000 habitantes; Estrada, Lalín, que teñen máis de 20.000 habitantes, que teñen obriga e competencia. Polo tanto poden montar o seu parque, outra cousa é que non queiran, exactamente o mesmo que Pontevedra e Vigo. Entón, ¿cal é o deseño?. Bueno, pois resulta que é un problema de usurpar, é un problema de se se quere facer ou non, entón. ¿cal é o deseño?. Temos catro parques que cobren, basicamente, nos bombeiros cobren todo, o que sexa necesario, entón, van deixar concellos, a ver, co deseño que teñen deste Consorcio, ¿Poio quen o vai a cubrir?; ¿Redondela quen a vai a cubrir?. Vigo e Pontevedra, claro, entón é, vai haber esta estrutura, non está pensado facer outra, non se está usurpando nada, consultouse por parte da Xunta, se as cidades dispostas a integrarse neste consorcio, ¿non?, nin se consultou. Mire, hai outro deseño, é para saír do problema de xestión, facer así un Consorcio a ver se así sae máis barato, a esperanza sempre de que saia máis barato e tira para adiante. Mire, evidentemente estamos a favor de que se enteren os bombeiros, pero de verdade, non isto, polo tanto non o vamos a avalar. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Dicirlles que isto é un moi bo acordo, para o bo funcionamento, mellor xestión e máis económico, neste caso dos parques que hai na provincia de Pontevedra. Polo tanto, dese tema que vostede agora comenta, creo que haberase que, nun momento, abordar, e falar, estamos dispostos a falar, por suposto, pero creo que o importante era dar cobertura a ese 60% de poboación, que se non fose pola Deputación, non tiñan posibilidade á cobertura dun servizo contra incendios. Polo tanto, neste sentido eu creo que o que hoxe vamos a dar é inicio a este traballo de moitos meses de elaboración dos estatutos, pois que nos van a permitir, como digo, crear ese primeiro consorcio de incendios na provincia de Pontevedra, para atender a máis do 80% dos concellos pequenos e medianos da provincia de Pontevedra. Vamos entón a proceder a súa votación. Votamos entón o punto número 5. A participación da Deputación no Consorcio provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento e constitución da comisión xestora para a elaboración dos estatutos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Dada a necesidade, en cumprimento do disposto na Lei 5/2007, de Emerxencias de Galicia, de homoxenizar e harmonizar a prestación do servizo de extinción de lumes e salvamento no territorio da Comunidade Autónoma Galega, así como a necesidade de dispoñer, na provincia de Pontevedra, dun servizo centralizado de extinción e prevención de incendios dotado dunha maior simpleza na súa estrutura organizativa que permita, na coxuntura económica actual, un aforro de custes pero, ó mesmo tempo, dotado de medios técnicos e humáns suficientes para garantir nunha situación de risco ou sinistro unha cobertura rápida, flexible e eficaz. Vista a memoria-proposta do Presidente da Deputación, visto o escrito remitido pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia solicitando a participación da Deputación no Consorcio Provincial contra incendios e salvamento da provincia de Pontevedra e visto o ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, de data 16 de xuño de 2010, e considerando o establecido na Lei 5/2007, de Emerxencias de Galicia, e na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: -Aprobar a participación da Deputación de Pontevedra, coa Xunta de Galicia, no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento. -Constituír a comisión xestora para a elaboración dos seus estatutos, sendo os representantes da Deputación na mesma os deputados provinciais, D. Perfecto Rodríguez Muíños e Dona Mª Teresa Pedrosa Silva. 6.5976.- MODIFICACIÓN NO ORZAMENTO E NO FINANCIAMENTO DA OBRA Nº 86 DENOMINADA “MELLORA NA EP ALTO DA PORTELA-BELUSO (BUEU)”, INCLUÍDA NO PPC/10” Sr. Presidente.- O punto número 6. A modificación no orzamento e no financiamento da obra nº 86 denominada “Mellora na EP Alto da Portela-Beluso (Bueu), incluída no PPC/10”, obra, por certo, moi necesaria, moi demandada, e que finalmente con esta corrección, pois ponse definitivamente en marcha. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Visto o proxecto da obra núm. 86 denominada “Mellora EP 1301 Alto da Portela-Beluso(Bueu), incluída no PPC/10, cun orzamento de 90.000,00€, cuxo financiamento se distribúe a partes iguais (50%) entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Política Territorial. Visto o informe dos servizos técnicos do departamento de Infraestruturas sobre a necesidade, dada a intensidade de tráfico que ten que soportar diariamente esta estrada, de ancheala e de mellorar a capa de rodaxe o que eleva o orzamento a 190.000,00€, supoñendo isto unha modificación con respecto ó proxecto inicial de 100.000,00€ que serán integramente asumidos pola Deputación. Visto o ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, de data 21 de xullo de 2010, o Pleno acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación no orzamento e no financiamento da obra nº 86, “Mellora na EP 1301 Alto da Portela-Beluso (Bueu)”, incluída no PPC/10 de xeito que: Onde di: “Mellora EP 1301 Alto da Portela-Beluso (Bueu)”, orzamento 90.000,00€. Achega do MAP……………….. 45.000,00€ Achega da Deputación………… 45.000,00€ TOTAL………………………... 90.000,00€ Debe dicir: “Mellora EP 1301 Alto da Portela-Beluso (Bueu)”, orzamento 190.000,00€. Achega do MAP………………... 45.000,00€ Achega da Deputación…………. 145.000,00€ TOTAL………………………… 190.000,00€ 7.5977.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “ELIMINACIÓN DE PASO ESTREITO NA EP 6005 PRADO-BODAÑO, PK 9+200, (LALÍN)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 7. Aprobación inicial do proxecto “Eliminación de paso estreito na EP 6005 Prado-Bodaño, PK 9+200, (Lalín)”. Exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación, declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. Motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O proxecto “Eliminación de paso estreito na EP 6005 Prado-Bodaño, p.k. 9+200 (Lalín)”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 11.252,81 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 4.141,20 euros e capítulo de expropiacións por importe de 7.111,61 euros, ten por obxecto rematar as obras de mellora e ampliación da estrada provincial que dá acceso ó Corpiño e dotar á mesma dos servizos básicos de carácter municipal. A Deputación Provincial de Pontevedra, na súa intención de mellorar as infraestruturas e servizos nos distintos concellos da provincia, redactou no seu día un proxecto de mellora da seguridade vial na estrada do Corpiño co fin de ensanchar a mesma ata unha sección media de 12 metros, que acada os 15,60 nos tramos de viario dotado con beirarrúas de 1,80 metros a ámbalas marxes da vía, así como completar a rede de servizos existentes como saneamento, recollida de pluviais, abastecemento, iluminación pública, rede de media e baixa tensión, telefonía e beirarrúas. Como queira que na execución deste proxecto ocúpanse varias leiras de titularidade privada, o concello de Lalín asumiu o compromiso de por a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra os terreos para poder levar a cabo as devanditas obras. Nembargantes o anterior e aínda que nun principio contábase con esa disposición, agora faise preciso tramitar un expediente de expropiación ante a negativa de dúas propietarias a ceder o terreo necesario para rematar as obras, asumindo o concello de Lalín os importes das indemnizacións económicas derivadas daquel. A urxencia de acometer canto antes as obras vén xustificada pola necesidade de rematar as obras para mellorar os anchos primitivos da estrada do Corpiño e dotar a mesma de beirarrúas e así evitar, na medida do posible, o perigo que o seu estado actual supón para os veciños que deben invadir a zona de circulación ó transitar pola mesma. En consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana, a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto “Eliminación de paso estreito na EP 6005 Prado-Bodaño, p.k. 9+200 (Lalín)”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 11.252,81 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 4.141,20 euros e capítulo de expropiacións por importe de 7.111,61 euros. 2. A exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación que conleva polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3. A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra que vén xustificada pola necesidade de rematar as obras tendentes a mellorar os anchos primitivos da estrada do Corpiño e dotar a mesma de todos os servizos, incluídas as beirarrúas, e así evitar o perigo que o seu estado actual supón para os veciños que deben invadir a zona de circulación ó transitar pola mesma. En consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. 8.5978.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE A CONCESIÓN DA MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA Á CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número 8. Moción da Presidencia sobre a concesión da Medalla de Ouro da provincia á Confederación de Empresarios de Pontevedra. ¿Votos en contra?. Perdón, D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Perdón, Sr. Presidente, pero crin que debía de haber algún tipo de explicación., bueno, hai un expediente e demais. Ben, como sabemos as Medallas de Ouro é outro tipo de distincións, a Medalla de Ouro vén ó Pleno, pois, foron obxecto, foron creadas no 2005, senón me acordo mal, e foron obxecto, ás veces, de polémicas e controversias que cremos que non benefician nin ós premiados nin a ninguén. Este ano, despois de dous anos ou máis de conflitos, pois por parte do goberno, tivo a delicadeza de intentar reconducir, un pouco tarde e demais. Ben, nós estamos, como así o ofrecemos durante todos estes anos, estamos dispostos a que estas distincións se poidan facer sen polémicas e sen asperezas, que o único que fan, é desmerecer a quen se lles concede. Non vamos a entrar a valorar, como fixemos, non cos méritos de cada quen; agora, non aceptamos, vamos a votar a favor, deixando público e explícito que hai un compromiso que agardo, e como hai eleccións e se renova a Corporación en xullo do ano que vén, agardo que se explicite antes, é dicir, que se faga con tempo, non á última hora e a correr, fíxese na axenda, pois en maio, en xuño do ano que vén, que hai que falar disto, e polo tanto pois, poder facer proposta, podelo falar, e a nós, con este compromiso válenos, agardemos que o cumpran. E hai un segundo compromiso que mirar, de diversificar, e non é polo deste ano, son para todos os anos, que as Medallas de Ouro non sexan só a entidades empresariais, que moi ben, non temos nada en contra, pero que sexan todas de maneira monotemática, dende que se crearon, pois parece como un tanto sesgado. Nós, con eses dous compromisos, xa ve, temos o mellor ánimo de que isto vaia, digamos, institucionalmente correcto, pois vamos a votar a favor. Queda no seu tellado o cumprir estes compromisos, como quedou na súa responsabilidade ó facelo á última hora, e sen ningunha conversación nin detalle, nos anos anteriores, que dou lugar ós problemas que dou. Agardemos que se poidan reconducir. Dende logo estamos dispostos, e como xesto de boa vontade, repito, só con ese compromiso vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Gracias neste caso por ese voto favorable, neste caso do Bloque Nacionalista Galego, que ademais agradecemos moi sinceramente, e a maiores se a nós nos toca esa responsabilidade, aceptamos esa proposta de que nos sentemos ó mellor, sen antelación previa a este tema, e polo tanto pois, poidamos, eu creo que de maneira máis consensuada, chegar a ese bo porto, polo tanto xa digo, pois é de agradecer o voto favorable do Bloque Nacionalista Galego. Ten a palabra D. Juan Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, va un poco en la misma línea. Primero, agradecer que por primera vez, el gobierno provincial, pues nos hubiese informado antes de salir a los medios de comunicación las personas premiadas, y ampliar, profundizar más lo que se habló en la Junta de Portavoces, que se abra también la posibilidad de que la oposición pueda presentar algún tipo de propuesta para estos nombramientos, nada más. Sr. Presidente.- Pois moitas gracias. Vamos a proceder, polo tanto, á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por unanimidade aprobar a Moción da Presidencia sobre a concesión da Medalla de Ouro da Provincia á Confederación de Empresarios de Pontevedra. Dita Moción é como segue: “A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) é unha organización asociativa empresarial sen ánimo de lucro, representativa dos intereses dos empresarios da provincia de Pontevedra. Constituíuse o 17 de xullo de 1977 ó abeiro do disposto na Lei 19/1977 e no Real decreto 875/77 de 22 de abril, goza de personalidade xurídica propia e autonomía administrativa, con órganos de goberno elixidos democraticamente: Presidencia, Asemblea Xeral, Comisión Permanente e Comité Directivo, asistidos todos eles pola Secretaría Xeral. De carácter intersectorial, natureza privada e afiliación libre e voluntaria ten a súa base de representación nas súas 115 asociacións e federacións sectoriais e territoriais integradas, que representan, á súa vez, a máis de 40.000 empresas. Como única organización representativa no seu ámbito de actuación é actualmente a interlocutora dos empresarios pontevedreses ante as distintas entidades e institucións provinciais, autonómicas e estatais; forma parte activa en 52 comisións externas e desempeña un labor importante a través dos seus distintos departamentos: de impulso ó desenvolvemento de infraestruturas e equipamento empresarial; a promoción de iniciativas e de novos proxectos; o fomento da introdución de innovacións tecnolóxicas; o apoio ós procesos de formación de empresarios e directivos; a promoción do comercio exterior e internacionalización das empresas; a obtención e canalización de fondos de axuda para mellorar o tecido produtivo; e, en xeral, o apoio constante a todas cantas iniciativas favorezan o progreso económico da provincia. Entre os seus fins pódense citar: . Fomentar e defender o sistema de iniciativa privada e economía de libre mercado, considerando a empresa privada como núcleo básico de creación de riqueza e prestación de servizos á sociedade. . Representar e xestionar os intereses xerais e comúns das empresas ante persoas e entidades públicas e privadas. . Organizar e manter os servizos para apoiar e colaborar con outras entidades rexionais, nacionais e estranxeiras. . Coordinar, apoiar e impulsar a negociación colectiva a través das asociacións sectoriais e territoriais. A CEP achega un valor diferencial, especialmente en materia de emprendedores e apoio ás PEMES, como entidade representativa do tecido empresarial na provincia de Pontevedra que lle fai coñecer as inquietudes, preferencias e necesidades das empresas. O importante labor realizado ata o día de hoxe avala unha continuidade nos seus obxectivos e proxectos. Actualmente está presidida por José Manuel Fernández Alvariño, designado pola Asemblea Xeral o 1 de marzo de 2007 (2003-2010). Con anterioridade estivo presidida por Guillermo Alonso Jáudenes (1986-2003) e Antonio Ramilo Fernández-Areal (1977-1986). Así mesmo, está integrada na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), sendo unha das súas entidades fundadoras, conxuntamente coas confederacións da Coruña, Lugo e Ourense. No ámbito estatal forma parte de CEOE-CEPYME, representada a nivel europeo por UNICE-BOSMIP, con sede en Bruxelas e integrada na Organización Internacional de Empregadores (OIE) con sede en Xenebra. A CEP, como asociación empresarial e institución do dereito do traballo, cumpre co mandato constitucional de formar parte esencial do sistema democrático e social das relacións laborais e permítelle ó empresario intervir nas relacións colectivas de traballo a nivel supraempresarial. Actualmente conta con varios departamentos ou áreas (Comunicación; Comercio Exterior; Económico; Formación, Orientación e Emprego; Xurídico e Relacións Laborais; Innovación e Novas Tecnoloxías; Prevención de Riscos Laborais, Calidade e Medio Ambiente; Relacións Institucionais e Proxectos Europeos), fixa como liñas estratéxicas e prioritarias de traballo a cooperación transfronteiriza, a mellora da competitividade das empresas a través do I+D+i, ou a internacionalización das PEMES.” 9.5979.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE OS RECORTES E PARALIZACIÓNS PREVISTAS POLO MINISTERIO DE FOMENTO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número 9. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre os recortes e paralizacións previstas polo Ministerio de Fomento na provincia de Pontevedra. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Moi bos días a todos. O Ministerio de Fomento estanos anunciando cada día novidades de recortes, e o último de axustes vén a significar que quere reducir 6.400.000.000€ en Infraestruturas, e este anuncio supón unha vez máis a supresión de diversos proxectos que están comprometidos, e no que toca á provincia de Pontevedra, que é o que nos interesa, e unha vez máis pois, vai a ser considerable, e as Infraestruturas vitais para o futuro da nosa provincia, atópanse paralizadas ou con retrasos importantes ou están no caixón do olvido, e basicamente queríamos subliñar 3 delas: unha é a autovía a A-57, a autovía dende Confurco ata Curro, e a conexión da autovía A-57, coa rede arterial e acceso ó aeroporto de Peinador, a denominada A-59, coas matizacións feitas no seu día pola Deputación e por outras entidades, e segue en fase de proxecto e sen que o Goberno aclare o seu futuro, e no 2008 considerábase a súa posta en servizo no ano 2010, para aliviar o colapso de Rande. Esta obra, incluía no Plan Galicia, ten un período de execución mínimo de 4 anos, e o anterior Presidente da Xunta, Touriño, prometera a súa posta en servizo no ano 2009, é dicir, o ano pasado, o Goberno cualifica de prioritaria a A-59 e a sitúa, a obra, no 2015, o que quere dicir que a A-57 nin sequera estaba para entón, referíndose a ese ano 2015. Outra delas, é a circunvalación de Pontevedra, anunciouse a contratación dos tramos Vilaboa e A Ermida, estrada de Ponte Caldelas, e A Ermida-Pilarteiros, estrada de Campo Lameiro, antes de rematar o 2010. Do tramo ata Curro non se sabe nada, e polo menos non estará ata o ano 2017. Unhas 3 son as obras que teñen que ver co AVE, o Ministerio de Fomento freou as obras do viaduto que atravesa a ría de Pontevedra e o túnel do Lérez, despois de esgotar o presuposto deste ano. E do tramo Vigo-Santiago, que tiña previsto inaugurarse no ano 2012, está claro que sufrirá retrasos considerables ó non estar adxudicadas nin a rede de comunicacións nin electrificación. E do proxecto O Carballiño-Cerdedo-Barro, non se solicitou nin o proxecto nin a obra, e agora dise que se estuda a entrada desta iniciativa. A verdade que estas tres obras en concreto, son prioritarias para a nosa provincia, e nós o que queremos propoñer, o Grupo de goberno desta Deputación ó Ministerio de Fomento, que acelere os proxectos das infraestruturas na provincia, especialmente estes tres, e que non poña máis retrasos e paralizacións e poña en marcha todos aqueles plans que comprometeu. A verdade que cada vez que vén aquí o Ministro, pois non fai máis que prometer novidades e dar datas, que ó final, á visita seguinte, o que fai é retrasalas considerablemente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. A maiores eu quixera engadir, do que acaba de dicir, precisamente, o Sr. Crespo, que creo que é algo novidoso, porque esta información acábase de producir estes días, de alí deriva, precisamente, a Moción que o Grupo do Partido Popular, acaba de presentar nesta Institución. Obra crucial en Pontevedra, obra do nó do Pino, que ascende a case 9.000.000€, e esta obra acaba de ser refinanciada da seguinte maneira: tiña un presuposto, como digo, cercano ós 9.000.000€, no primeiro contrato tiña 1.200.000€, para o ano 2010; 2.300.000€, para o ano 2011; e 5.100.000€, para o 2012; agora se lle acaba de comunicar por parte do Ministerio de Fomento que nesta obra queda o financiamento da seguinte maneira: 1.000.000€, xa gastado para o ano 2010; 500.000€, para o ano 2011, cando tiña 2.300.000€; e neste caso 7.200.000€ para o ano 2012. Esta é unha obra crucial, porque son miles de vehículos que cruzan esta vía de comunicación, e polo tanto é un exemplo máis, da situación que toca vivir. É evidente que por parte desta provincia, desta Institución vamos a aplaudir aquilo que sexa favorable para a provincia de Pontevedra, porque así o entendemos, tendo a oportunidade, ademais, que temos un Ministro responsable de Fomento que é galego, e que se hai que aplaudir se aplaudirá, agora tamén, incluso, tamén debemos de denunciar aquilo que prexudique ós intereses de Pontevedra. Polo tanto, se se dan as aclaracións oportunas que eu acabo de dar, todo un exemplo de como está, porque a empresa non se sabe o que vai a facer, evidentemente cun financiamento tan largo, a ver quen se fai responsable, ademais dese financiamento, se a obra continúa, pois vemos que está pasando algo, que obras vitais e cruciais para os intereses de Pontevedra e Galicia, poden ser aparcadas, paralizadas, o cal, evidentemente, levaría outra vez a Galicia a perder unha vez máis o tren. O cal, como digo dende aquí, non queremos que isto se vexa como ningún tipo de confrontación, senón todo o contrario, que salga en amparo, ademais dos intereses xerais da provincia, e incluso do propio Ministro de Fomento, en relación a que saiba que as institucións de Galicia, independentemente de quen as gobernan, van a estar para defender os intereses da provincia e polo tanto, conxuntamente co propio Ministro, sempre e cando dalgunha maneira se cumpra o establecido. Por iso, en relación a esa moción, que hai que engadirlle, como digo, estes datos que acabo de trasladar á opinión pública, evidentemente, o refrendo de todas as forzas políticas, das dúas forzas políticas da oposición, para que salgamos na defensa dos intereses, neste caso, xerais, de Pontevedra, en relación a tres obras vitais, e algunha máis como exemplo que acabo de poñer agora mesmo. Por iso lle dou a palabra neste caso ó Portavoz do Bloque Nacionalista Galego D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Vamos a ver, nós o outro día, persoalmente, colectivamente, non somos sospeitosos de defender isto, de feito, se levou algo similar, pero mire, a ver, vostedes están que hai que recortar o déficit, e non sei que, e danlle orden de Madrid de que vaian provincia por provincia, a dicir que non se recorte ningunha delas e incluso se acelere. E que busquen os exemplos en cada sitio, e senón teñen que os inventen e o fagan. Miren, por exemplo, a autovía A-57 Vigo-Pontevedra-Confurco ata Curro, e din que aí non se fixo nada, pero despois resulta que din, circunvalación de Pontevedra, e que é a mesma vía, é a mesma, e o outro día o Ministro na Comisión do Congreso dixo que non se ía a parar, que se ían a contratar eses dous primeiros, eses tramos de Vilaboa-Ermida e Ermida-Pilarteiros, son da A-57, ou sexa, que se vai a contratar. Pero non queremos entrar nisto, non temos porque defender, faltaría máis, nin somos partidarios da política de recorte do déficit público, e moito menos de que se recorte en Galiza, faltaría máis. Pero hai un pequeno pero, que esta moción, por exemplo en Toledo, pois habería que votala a favor e punto, pero é que aquí vostedes gobernan na Xunta, e a Xunta está parando máis, tanto ou máis que o Estado, entón, se vamos a defender as infraestruturas na provincia de Pontevedra, defendámola, mire, nós estamos dispostos a votarlle a favor, sempre e cando se poña, para ser serios, obxectivos, e esquecernos da orixe desta moción, e supoñer que o que estamos é facendo un posicionamento defendendo as infraestruturas desta provincia, de que poñer o mesmo, e incluso, pois o plan que vostedes aprobaron senón me acordo mal, en agosto do ano pasado, o plan MOVE, independentemente que algunha haxa que cambiala ou non, que a Xunta cumpra todos, ou sexa, fago os investimentos que ten previstos o plan MOVE, sen retrasos nin demoras, xa non vamos a entrar se o plan MOVE está ben ou mal, ou se hai algunha vía, que nós non estamos de acordo, pero bueno, que os investimentos, porque senón as actuacións concretas, que os investimentos previstos ó plan MOVE, tampouco se retrase ningún, se lle engaden iso, dende logo votaríamos a favor, con todo o entusiasmo do mundo, obviamente temos que pelexar porque todas as infraestruturas que están previstas, non teñan retrasos ou ben se os teñen que sexan os mínimos, e moito menos non queden sacrificados, os tan tans que se escoitan por aí, pois parece que non van nesa dirección, pero claro, se o Estado recorta, obviamente ten que recortalo dalgún lado, pero desexamos que non sexa da provincia de Pontevedra, obviamente, pero a Xunta parece que tampouco anda boiante nin ten gran capacidade de investimentos, e se recorta, pois pelexemos para que non recorten na provincia de Pontevedra, e se se recorta, que sexan os menos, e se se demora, que sexa o mínimo, e polo menos, os proxectos substanciais non se queden no tinteiro, entón, como aquí, infraestruturas de dúas administracións superiores á provincial, nos dous casos significativas e moi importantes para o futuro desta provincia, xa digo salvando que poida haber algunha discutible ou non, pero que os investimentos se fagan, entón, se vostedes aceptan que o acordo sexa, o Pleno da Deputación insta ó Ministerio de Fomento os proxectos de infraestruturas na provincia e tal, é ó mesmo tempo, o Pleno da Deputación insta á Xunta a que acelere os proxectos de infraestruturas e demais previstos para a provincia de Pontevedra, pois nós lle votamos a favor, e seguro que votamos con todo o entusiasmo, entre outras cousas porque o outro día no concello de Pontevedra fixemos o mesmo, quero dicir, obviamente, todo o mundo se está posicionando para evitar que os recortes lle caian a el, ou se lle caen, polo menos sexan os mínimos posibles, pois se aproban iso, case, case podíamos crer que a moción, é mais, que está habendo recortes e reaxustes nas obras, claro que hai, de todos, de todos, se hai menos cartos nalgún sitio se recorta, o que temos é que pelexar para que non sexa a provincia de Pontevedra, obviamente, pero de todos, pero pelexamos para todas, non só as de Fomento, de todas, entón acepten iso e votamos, senón como lle diría, parece que está como un tanto sesgado o asunto. Vostedes dirán. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Dicir, que as tres actuacións que dalgunha maneira aparecen na moción do Grupo Provincial do Partido Popular, independentemente das actuacións que vostede poida falarnos a maiores, que non hai ningún problema, creo que son claves na provincia de Pontevedra, pola súa envergadura e polo que van a supoñer, evidentemente, na mellora das comunicacións que necesita esta provincia, a autovía A-57, Vigo- Pontevedra, a famosa circunvalación de Pontevedra e sobre todo as obras da alta velocidade, neste caso, para a provincia de Pontevedra, para Galicia, e a súa futura conexión con Madrid. Polo tanto, estamos falando evidentemente de actuacións transcendentais, no que son os intereses xerais da provincia de Pontevedra, pero bueno, algo máis nos terá que dicir o Partido Socialista en relación a esta situación, que supoño que coñecerá polo miúdo do que lle trasladaría o Sr. Ministro de Fomento, ten a palabra Dona Isaura Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Moitas gracias. A verdade é que senón estivera no Pleno da Deputación de Pontevedra, e non me mereceran todos eses Deputados, Deputadas, o respecto que se debe, institucional, pois unha pensaría que estamos un pouquiño de broma, porque que diga o Sr. Crespo, vou a ler o encabezamento: “Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre os recortes e paralizacións previstas polo Ministerio de Fomento na provincia de Pontevedra”, busquei por todas partes, no Boletín Oficial do Estado, en todas partes, ¿previstas en base a qué?, vamos, ¿de que fala?, ¿por que di isto?. Polo visto, pois a prensa comentou, dixo historias, teñen un pequeno problema señores do Partido Popular, e sei que o Sr. Louzán se vai a enfadar moito, porque se enfada habitualmente. Miren, do Ministerio de Fomento explicouse en reunións cos Conselleiros e cos Delegados de Goberno das Comunidades Autónomas o alcance do axuste presupostario, as repercusións que ía a ter, compartíronse e periodizáronse as actuacións, o que pasa é que vostedes disto entenden pouco, moi pouco, porque falan de recortes e de conxelación, claro, como vostedes o fan, dependendo da cor que teña o alcalde ou alcaldesa, pensan que todos somos iguais, pero hai unha pequena diferenza, miren, o Goberno Central está poñendo en marcha unha serie de medidas, que permiten sacar o máximo rendemento investido en Fomento, ó máximo, con políticas que teñen tres obxectivos fundamentais: mellorar a eficiencia e sostibilidade económica do sistema de transporte; a competitividade da economía; fixar un marco que proporcione estabilidade nas empresas do sector; acordar un sistema de financiamento de infraestruturas que garanta o máximo grao da actividade social. Son un pouco brutos, porque miren, no ano 2009, no período 2009-2012, o investimento anual de infraestruturas será superior ó executado no período de bonanza económica 2005-2008, e un 65% superior ó realizado no 2003, goberno do Partido Popular, hai 1.166 contratos de obra nova, dos cales moi pouquiños son reformulados; ¿e sabe o que significa reformulados?, tráiolle aquí un cuadriño que se quere lle paso unha fotocopia. Mire, somos a terceira Comunidade Autónoma, a terceira comunidade Autónoma, en número de contratos superiores a un millón de euros cada un deles, a terceira, en toda Galicia, absolutamente en toda Galicia, se fai unha modificación, se restrinxen dous contratos das actuacións e se fará a reformulación en contrato público privado. Dous, que por certo, na provincia de Lugo, o cal me alegro que se preocupen por ela, porque é a provincia onde eu nacín, pero casualmente tamén naceu o Ministro. Miren, poden facer as demagoxias que queiran pero os datos están aí, e miren, recórdolles ó señor Figueroa cando falaba tamén de que nos ía a invitar a todos a unha pulpada na tuneladora, ¿cando traen as tuneladoras?, eu estou esperando por esa pulpada, as realidades están aí, non só se está incumprindo cos compromisos, senón que é un compromiso adquirido a maiores, por parte do Ministerio de Fomento, a ampliación da ponte de Rande, eu que sei, centos de millóns de euros para investir aí, que non estaban no seu momento, non soamente iso, senón que hai máis inversión por parte do Ministerio de Fomento. Mire, nós tamén propoñemos unha votación a favor, pero para poñernos ó mesmo nivel intelectual que vostedes, engadimos outro punto, instamos á Xunta de Galicia a que nese enunciado feito pola Xunta, non afecte en absoluto as inversións, ó presuposto, á inversión na provincia de Pontevedra, tanto en gasto corrente como en inversións. Se vostedes aceptan iso nos estamos dispostos a votarlles á favor. Sr. Presidente.- ¿Terminou?. Si, ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, con respecto ó que di o BNG, eu creo que a Xunta de Galicia con respecto ó Plan MOVE, en principio tal e como estaba previsto, non se falou de ningún recorte, en principio, nós non temos inconveniente, é cuestión de falalo e discutilo aquí, pero en principio de poñerlle un engade a esta moción, tal e como solicitaba o Sr. Mosquera, de que aquí, a parte dispositiva, meter no mesmo cesto a Xunta de Galicia, non temos en principio inconveniente en poñelo, e que vostedes consideren esta moción de votala a favor, non vexo inconveniente, Presidente, non o falamos, non vexo inconveniente pola miña parte en incluílo, en todo caso, de momento o Ministerio falou dos recortes que vai a haber, a pesar de que Isaura, afirma de que son unhas historias da prensa, home, son historias da prensa, pero, quero pensar de que se a maioría dos xornais galegos o dixeron e ninguén o desmentiu dende o Ministerio, supoño que serán certas, porque é certo que saíron nos xornais galegos e é certo que ninguén os desmentiu, polo tanto, eu supoño que serán certas, así que non son unhas historias que saen na prensa, Isaura, supoñemos que é o que vai a ser. Polo tanto, con respecto ós plans que ten a Xunta e Infraestruturas, de momento aínda que se aveciña o que se aveciña, non sabe o que vai a dar de si o orzamento do ano que vén, porque ninguén o sabe, non o sabemos ninguén, nin o sabe o Goberno Central nin o sabe probablemente a Xunta de Galicia, pero o que si é certo, é que de momento non se fixo público por parte da Xunta de Galicia nada en ese aspecto, si por parte do Ministerio. Polo tanto, dicir que está claro que nós non temos inconveniente, porque o que queremos é que as infraestruturas vitais para Galicia se desenvolvan coa máxima celeridade posible, polo tanto non temos inconveniente en aceptar a proposta do BNG, e polo tanto, meter no mesmo cesto ó Goberno central e ó Goberno da Xunta de Galicia. Con respecto ó que di Isaura, que fai de portavoz neste asunto do Partido Socialista, pois dicirlle que, Isaura, a prensa non di historias, e da pulpada que falaba con Chema Figueroa, a prensa de hoxe di que as dúas tuneladoras da entrada do Ave en Vigo están paradas, así que … e logo di, que a licitación da obra pública da Xunta subiu un 42% no primeiro semestre do ano, e a do Estado que é un 41%, bueno, eu supoño que se isto que sae no xornal é unha historia, supoño que mañá sairá o Ministerio desmentindo, digo eu, e non creo que sexa unha historia, é un xornal importante de Galicia, polo tanto, supoño que se fora unha historia, mañá habería un comunicado do correspondente Ministerio, neste caso de Fomento, polo tanto, non creo que sexan historias da prensa. Mira Isaura, os argumentarios que dan os partidos políticos, que nolo fan a todos, eu polo menos, ás veces dounos lido, ás veces non, pero mándannos ós correos electrónicos, e agora como é tan doado coas novas tecnoloxías, argumentarios para calquera cousa, e iso fano todos os partidos, supoño, polo tanto, os argumentarios teñen conta do que teñen conta, e poñen o que poñen, e polo tanto, como é fácil argumentar absolutamente todo, argumentario que acabas de ler para este asunto pois, ten conta do que ten, pero hai que interpretalo e ten a letra pequena como todo. Pero hai unha cousa evidente, é o que é medible non é opinable, e aquí pódese medir, polo tanto aí xa si que non entra a parte que ti dis, porque aquí pódese medir, e polo tanto é opinable, perdón, como é medible non é opinable, aquí o que é certo é que o Ministerio de Fomento a Galicia non a está tratando ben, e si é certo unha cousa que dicía no teu argumentario, e di que o goberno central está poñendo en marcha políticas que permitan sacar o máximo rendemento a un euro, a verdade é que despois do que dilapidou neste país, que o votou practicamente á quebra en todos os eidos, e no municipal, e no local, pois creo que máis que nunca, que eu creo que a administración local con que non se faga, con que non se axilice, por certo está no forno, pero supoño que non verá a luz nesta lexislatura, a nova Lei de financiamento de facendas locais está no forno, estaba pre pactada, pero agora como non hai cartos, supoño que non sairá para adiante, esa lei que nos podía permitir saír da agonía financeira na que estabamos sometidos os concellos e as deputacións. Ó final, unha vez máis, quedará para mellor ocasión, pois ó final, os concellos pois teremos difícil chegar a fin de mes, pero o que non cabe dúbida é que o Ministerio de Fomento aínda o terá probablemente tan ou máis difícil cumprir cos compromisos que ten encomendados, así que, eu creo que a moción está perfectamente clara, e ese euro que di vostede que lle van a quitar o máximo rendemento, será en Cataluña ou en Andalucía, porque en Galicia, porque en Galicia me temo que non vai a ser posible, así que nós, non creo que vaiamos a modificar nada máis da moción, simplemente esa condición, o que propón o BNG, é dicir, na parte dispositiva, que a Xunta de Galicia, e pola nosa parte estamos dispostos a aceptalo e o demais pois non cambiariamos nada. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, gracias Sr. Presidente. Ben, a proposta en concreto, para simplificar, sería a seguinte: O Pleno da Deputación de Pontevedra insta ó Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia, a que aceleren os proxectos de infraestruturas na provincia, de xeito que non se vexan afectados e tal. Así é o mesmo tratamento para os dous e non hai maior problema. Agora, iso de dicir, mire, declaracións hai as que se queiran, evidentemente o outro día aparecía, o día, dous días despois, o día seguinte de presentar vostedes a moción, o mércores, aparecían declaracións do Ministro en que non o paraban e demais. Ben, obviamente non somos tan inxenuos de pensar que se hai recortes orzamentarios non vai haber afectacións, vainas haber, obviamente que as vai haber, sexa o nudo do Pino, sexa o AVE, sexa o onde sexa. Bueno, pero anuncios tamén os hai por todos os lados, por todos os lados, estes días en Pontevedra estamos tendo o anuncio de que a Rolda urbana comprometida co financiamento da Xunta pois xa non, xa, en fin, non vai ser. O desdobramento do corredor do Morrazo, pois bueno, moitos estudos, pero bueno, agora estamos facendo, ¿como é?, o Plan de visitar os, Plan da rede viaria, non, non, rede viaria de Pontevedra e Ourense, están en licitación, ou sexa, un estudo para adiante, outro para atrás e demais, e mentres tanto, a caixa ten telarañas e non metemos os cartos, públicos ou non públicos, se se recortan os cartos, vai haber recortes, o que temos que pelexar é que na provincia de Pontevedra sexan os mínimos e incluso os que sexan, pois, que bueno, que se retrasen o mínimo posible e que non se queden polo camiño, pois, algúns investimentos importantes. Repetimos, con esa, a exposición de motivos é que ten erros de vulto, Sr. Crespo e señor, tal, é que ten erros de vulto. Vamos a ver, non é certo, non é certo que a conexión de Pilarteiros a Curro non haxa nada, está o estudo informativo encargado, está adxudicado, non é certo que non se estea, digamos tal, os tramos que se fala aquí da circunvalación de Pontevedra son da A-57, a circunvalación de Pontevedra con tal denominación desapareceu, e veremos senón a A-57, xa cambiou de nome varias veces, veremos se ó final non hai nin a A-57, a A-59, pero vamos ó que é, o que é a realidade física dese vial, … pois están, en principio hai o compromiso de que se licitan este ano, vámolo a ver, vámolo a ver, non, pero ese prazo mantense con respecto a antes. Agora non vou a discutir se se vai facer ou non, repito, non somos inxenuos, sabemos que se hai recortes presupostarios van afectar, obviamente, se hai menos para repartir a todo o mundo, o aporte lle vai tocar menos, obviamente, iso está claro, e que, e estamos dispostos a facer todo o que poidamos para que eses recortes da provincia de Pontevedra sexan os mínimos posibles, e se pode ser ningún, pois fantástico, e se son, que se queden nalgúns retrasos, non en deixar ou abandonar certo tipo de infraestruturas, pelexarse para conseguir o máis posible. Nós estamos absolutamente de acordo, pero o mesmo que afecta á administración central afecta á autonómica, afecta á autonómica e afecta tamén a esta casa. A ver se se vai reproducir por aí nos concellos que cada concello vaille reclamar a esta Deputación que invista máis do que tiña previsto, ¿verdade?, cando lle recorta cartos, bueno, procurar ser o máis equitativo. Bueno, creo que os posicionamentos están claros, se se acepta esa emenda nós votaremos a favor. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Non é investir máis, se chama investir o comprometido, que dalgunha maneira é do que se trata. Como lle vou a dar a palabra a Dona Isaura, tamén lle facemos a pregunta, porque si é certo o que ela facía mención, vostede, da Ponte de Rande, e eu lle pregunto a vostede, ¿quen paga a ampliación da Ponte de Rande?. Non, vostede non, pero, ¿vano a pagar os cidadáns que crucen a Ponte?, ¿en cantos anos se vai ampliar a concesión?; e, ¿a cambio de que?; e non habería, evidentemente por sentido da responsabilidade e sentido común, que darlle prioridade á comunicación Vigo-Pontevedra a través desa A-57 e non buscar un paganini, que aparentemente será a concesionaria, a cambio de, porque non creo que llo faga gratuitamente, ¿a cambio de que se vai a ampliar a Ponte de Rande?, cando resolve un problema puntual pero non resolve o problema clave que é a mellora de comunicacións entre Vigo e Pontevedra. Ten a palabra Dona Isaura Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Moitisimas gracias Sr. Louzán. Mire, é que o de ter memoria é un problema gordisimo, vostede non sei se estaba, si que estaba, na anterior lexislatura, non sei cando, pero Chema Figueroa si que se acorda, moitos dos que están sentados aí, ¿recordan vostedes cando o Partido Socialista votou en contra, nesta Deputación, de cando se presenta, regalarlle á empresa a liberalización da Ponte de Rande?; ¿recordan?; ¿recorda vostede aquel Pleno?. Vannos dicir vostedes a nós, que vostedes fan as autopistas, cobran uns bos peaxes, e o Partido Socialista o que está facendo son autovías, e vanme falar vostedes de quen financia e quen paga. ¿Recorda o que votou o Partido Popular?, ¿e tamén o que votou o Bloque?, ¿e tamén o que votou o Bloque?, cando naquel momento se puido rescatar esa concesión, e vostedes lla deron ata que os meus netos, se os teño porque non vexo que teñan moita présa as miñas fillas, van a estar pagando aí, a Audasa ou a quen sexa, unha irresponsabilidade que tiveron vostedes. E me vén falando agora de quen vai a pagar iso. Mire, somos serios, un pouquiño serios, e de verdade, non, pode rirse o que queira, que sei que se enfada cando falamos diso. Mire, é que o Sr. Crespo me fala das argumentacións do partido, mire, as argumentacións do partido están gardadas, exactamente igual que a moción que presentou vostede, exactamente igual. Pero sexamos serios, de verdade, podemos facer todas as películas do mundo, pero sexamos serios, demagoxia podémola facer absolutamente toda, en base a informacións de prensa, oiga, se lle facemos caso ás informacións da prensa, Sr. Louzán, de vostede din cousas que eu, Dios me libre de pensar sequera que poidan ser certas, de presentar unha moción baseándome niso, Dios me libre, e lle estou falando total e absolutamente en serio, Dios me libre, de verdade que estou falando en serio. Me parece, home, demagoxias todas, absolutamente todas, pero sexamos un pouquiño serios, miren, cando as obras aparecen licitadas no BOE, cando se fai unha programación e aparecen licitadas, non hai discusión posible. Mire, vostedes poden dicir, eu sabía que ían a falar das tuneladoras, sabía que ían a falar das tuneladoras, parece ser, non sei, pero de vez en cando as maquinarias, e sobre todo as que son tan sofisticadas teñen que parar porque teñen que facer labores de mantemento e entón pois, parece ser, non sei, que de vez en cando convén revisalas por aquilo de que non haxa ningún problema. De todas formas esperaremos a esas tuneladoras en Vigo. Mire, perdón. Sr. Presidente.- Que lle dá un pouco a risa, se lle nota así nos seus fondos que lle dá a risa … Sra. Abelairas Rodríguez.- Non, non me dá a risa, estoulle sendo irónica, porque estamos tendo especialmente coidado en que as cousas, é que sei que lle dá moita, sei que non lles gusta, que lle imos a facer, sei que non lles gusta, pero a realidade é a que hai, mire, non ten máis que irse, vaian ós datos, non lle fagan caso ás argumentacións de ninguén, métanse no Ministerio de Fomento, tecleen, supoño que os servizos informáticos saberán como se usa, tecleen e verán que en Andalucía hai agora mesmo 139 contratos, en Cataluña 182 e en Galicia 106. E que en Galicia soamente se rescinden dous contratos, dous na provincia de Lugo, e que se sacan a un novo concurso público-privado, esa é a realidade, e non lle fagan caso a ninguén, métanse, e ademais llo digo ós medios de comunicación que o poden comprobar, para que vexan quen conta a verdade e quen non, e deixen de facer demagoxia. De verdade que cando se poden demostrar as cousas, pois non lle fan falta a nadie argumentos de ningún tipo, e menos a min, que me sinto especialmente contenta de que presentaran esa moción porque me dá a oportunidade de demostrarlle que non todos somos iguais. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Isaura. Polo que vostede acaba de dicir, e os medios están aí para oír, di vostede que os comentarios, evidentemente, que fan os medios de comunicación que non son de fiar, vostede mesma acaba de dicilo, evidentemente facerlle caso a diversas informacións, que moitas delas levan saído xa reiteradamente, pero bueno, vostede o que acaba de dicir, evidentemente, é que os medios de comunicación non son de fiar, polo tanto, que non nos fiemos do que din certos medios de comunicación, é o que vostede acaba de dicir. E bueno, eu podo, podemos dalgunha maneira respectar a súa opinión, non compartila evidentemente, porque non é unha cuestión que diga o Partido Popular, é unha cuestión que din incluso os propios medios de comunicación, que aseveran o que está pasando. Polo tanto, bueno, pois esa é a realidade do momento, pero bueno, creo que neste sentido D. José Crespo ten máis información para poder darlle en relación a este tema, e polo tanto, pois dalgunha maneira lle dirá a maiores do que, vostede, xa digo, cando interesa os medios de comunicación son os que din, son os que promulgan, etc., cando non interesa agora son os medios de comunicación os que non son de fiar, pero bueno, esa é a realidade do asunto, e polo tanto, lle vamos a dar, pois, máis información que parece que vostede non ten, en relación ó que teñen que cumprir, e que de momento non cumpriron. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Sr. Mosquera, en principio estamos de acordo con respecto ó BNG, polo tanto, non vou a dicir máis nada. E, Dona Isaura, eu, foi un Pleno bastante calmo e non o quixera tensar, pero non fale de demagoxia, porque se houbera uns maestros eu creo que seriades, polo menos, samurais da demagoxia, seriades os do Partido Socialista, porque dende logo, a demagoxia é inherente á propia labor política, pero é que vós iso levádelo á máxima expresión, e claro que é inherente á política a demagoxia, pero unha cousa é que sexa inherente e outra cousa é que vós o teñades como principio fundamental. Polo tanto, non nos acusedes a nós de demagogos, porque aínda que teñamos un pouco de demagoxia, que é normal, a vosa con respecto á nosa está moitos enteiros por encima da nosa, e ademais que o PSOE con respecto a nós, funcionades como unha franquicia de poder, non vedes que vós non tedes ideoloxía, mal que sexa o Bloque e o PP tena, o PPdeG e o Bloque temos ideoloxía, vós depende, vós a según, poñédesvos para un lado ou para o outro dependendo de cómo quente o sol. Podedes estar máis para a esquerda, máis para a dereita, dávos igual, parecedes unha peneira, peneirades segundo, segundo veña o vento peneirades para un lado ou para o outro, dá igual, o único que queredes é o machito do poder, o resto dá exactamente igual. Mire, nós temos respecto, Isaura, polo que din os medios de comunicación e ás veces non nos favorece moito o que din, ás veces non nos favorece, favoréceos máis a vostedes o que din os medios de comunicación, case sempre de media, favorécevos normalmente máis o que din de vostedes que o que din de nós, pero respectámolo porque son as regras do xogo. Pero mire unha cousa, cando os medios de comunicación din algo que non nos convén a calquera administración, inmediatamente os nosos gabinetes póñense a funcionar para desmentilo e para aportar datos do contrario. Polo tanto, non diga vostede que hoxe, cando un medio di que a Xunta de Galicia, dáme para acá, que o Ministerio, no primeiro semestre do ano, a do Estado que baixou un 41%, e a da Xunta de Galicia que subiu un 42%, se isto fora mentira, mañá os gabinetes, hoxe estarán votando fume a esta hora para dar datos para mañá desmentir estes datos, digo eu, e o das tuneladoras o mesmo, iso asegúrollo eu. Polo tanto, vostede sabe como funcionan perfectamente, porque vostede estivo na oposición pero tamén gobernou, polo tanto, como estivo nos dous bandos sábeo perfectamente, agora está gobernando e antes estivo na oposición, polo tanto sabe perfectamente como funcionan as cousas, e non me gustaría polemizar máis sobre este tema. Polo tanto, nós non tocamos de oído, non tocamos de oído Isaura, así que cada pau que aguante a súa vela, agora veñen mal dadas e cada un ten que aguantar a súa, nós tamén aguantamos as nosas e dános traballo, ¡eh!. Sr. Presidente.- A ver, Sra. Canal. Sra. Canal Gómez.- Si, si me permiten un inciso. Decir que, bueno, lamento en este momento que no esté el Diputado del Partido Socialista de Redondela. Yo simplemente, pues como veo que usted tiene hilo directo con el Sr. Pepiño Blanco, decirle que estamos a favor del desarrollo sostenible, pero está hablando de dos cuestiones que nos competen a Redondela, que son el Puente de Rande, que perjudica notablemente los intereses de nuestro municipio y desde Vigo a veces se olvidan los gobernantes municipales; y también del tema de las tuneladoras, que en este momento no existe un estudio de impacto ambiental adecuado a la zona. Por lo tanto, por favor, ya que el Sr. Diputado no tiene el hilo directo que tiene usted, si, le insto a que por favor, nos parece muy bien la evolución, y nos parece el desarrollo sostenible muy bien, pero dentro de unas condiciones y respectando también a los vecinos, que en este caso, es a los que represento, que son los de Redondela. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Canal. Ten neste caso a palabra Dona Isaura Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- … O que din os medios de comunicación, eu non dixen que non me fiaba dos medios de comunicación, non dixen que non me fiaba dos medios de comunicación, a pregunta é ¿é certo entón todo o que din os medios de comunicación?. Demagoxia, Sr. Crespo, falamos de demagoxia, ¿é certo o que din os medios de comunicación de Valencia?; ¿é certo o que din os medios de comunicación do que pasa en Madrid?; ¿é certo entón o que din os medios de comunicación do caso Gürtel?; ¿é certo o caso dos espías en Madrid?; home, demagoxias as xustas; ¿é certo como empezou a crise?; ¿é certo entón aquilo de “los mercados se regulan a si mismos”?; ¿falamos de demagoxia?. Moitas gracias. Sr. Crespo Iglesias.- Eu creo que non debemos facer o ridículo, e polo tanto nin eu quero facelo nin o quere facer ninguén. É un tema suficientemente debatido e debemos votalo Presidente, e xa está. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Crespo, a verdade é que cando o Partido Socialista non ten argumentación non lle queda máis remedio que acudir a ese tipo de espectáculos que ás veces queren montar, porque creo que aquí, aquí ata o de agora, non, respecto téñao vostede polos demais. Aquí ata o de agora, ninguén, evidentemente, faltou ó respecto e si, evidentemente, están habituados a facer este tipo de espectáculos. Pero o importante era o problema, e o problema que temos encima é o que dalgunha maneira vostedes irresponsablemente, irresponsablemente, obviaron durante moito tempo e ó final nos está levando á situación que nos está levando e que de todos é coñecida. Polo tanto, o que dalgunha maneira hai que reivindicar dende aquí, evidentemente, é o que nos preocupa, e o que nos preocupa son as comunicacións, as grandes infraestruturas que Galicia e Pontevedra, unha vez máis, teñen sen desenvolver, e que polo tanto temos a oportunidade, xa que temos un Ministro galego, que promete o que promete, queremos tamén que o cumpra, e se o cumpre pois aplaudiremos e senón o cumpre llo demandaremos. E iso é do que dalgunha maneira se trata na moción que acaba de presentar o Partido Popular en relación á reclamación da posta en marcha da A-57, dalgunha maneira, que inclúe como dicía o Sr. Mosquera, o que é a circunvalación de Pontevedra, e tamén as obras da alta velocidade no tramo de Pontevedra, no tramo de Galicia e na comunicación con Madrid. Iso é vital para esta provincia e polo tanto así o demandamos. E vamos a proceder por iso á votación da moción presentada polo Partido Popular con esa incorporación que aportou o partido do Bloque Nacionalista Galego, que xa o Secretario tomou nota. Polo tanto, ¿votos en contra?, Partido Socialista. ¿Votos a favor?. Partido Popular e Bloque Nacionalista Galego. O Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e cos votos en contra do PSdeG-PSOE, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre os recortes e paralizacións previstas polo Ministerio de Fomento na provincia de Pontevedra. Dita Moción é como segue: “O Grupo do Partido Popular de Galicia (PPdeG) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción relativa ás infraestruturas do Ministerio de Fomento na provincia de Pontevedra, á súa situación actual e ás novas de recortes e parálise. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1. O Ministro de Fomento, José Blanco, anunciou a súa intención de levar a cabo distintos recortes nas obras que o seu Ministerio acomete, ou ten comprometidas, dentro do plan de axustes para reducir 6.400 millóns de euros do gasto previsto en infraestruturas. 2. Este anuncio suporá novas demoras dos traballos en curso e tamén a supresión de diversos proxectos comprometidos. 3. Na provincia de Pontevedra, o impacto de tal anuncio será considerable toda vez que, na actualidade, infraestruturas vitais para o seu futuro, dependentes do Ministerio de Fomento, atópanse paralizadas, con retrasos ou no caixón do olvido. Particularmente, as seguintes: • A-57, Autovía Vigo-Pontevedra, dende Confurco ata Curro, e Conexión da Autovía A-57 coa rede arterial de Vigo e acceso ó aeroporto de Peinador, a denominada A-59 (coas matizacións feitas no seu día pola Deputación e outras entidades). Segue en fase de proxecto e sen que o Goberno aclare o seu futuro. No 2008 considerábase a súa posta en servizo no 2010 para aliviar o colapso de Rande. Esta obra, incluída no Plan Galicia, ten un período de execución mínimo de catro anos e o anterior Presidente da Xunta prometera a súa posta en servizo no ano 2009. O Goberno cualifica de a A-59 e sitúa a obra no 2015, o que quere dicir que a A-57 nin sequera estará entón. • Circunvalación de Pontevedra. Anunciouse en prensa a contratación dos tramos Vilaboa-A Ermida (estrada de Ponte Caldelas) e A Ermida-Pilarteiros (estrada de Campo Lameiro) antes de rematar o 2010. Do tramo ata Curro non se sabe nada e, polo menos, non estará ata o 2017. • Obras do AVE. O Ministerio de Fomento freou ata o 2011 as obras do viaduto que atravesa a ría de Pontevedra e o túnel do Lérez despois de esgotar o presuposto deste ano. O tramo Vigo-Santiago, que tiña previsto inaugurarse no 2012, sufrirá retrasos considerables ó non estar adxudicadas nin a rede de comunicacións nin a de electrificación. Do proxecto Carballiño-Cerdedo-Barro non se licitou nin o proxecto nin a obra e agora dise que se estuda a entrada da iniciativa privada. Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopte o seguinte acordo: - O Pleno da Deputación de Pontevedra insta ó Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia a que acelere os proxectos de infraestruturas na provincia de xeito tal que non se vexan afectados por máis retrasos e paralizacións, e que poña en marcha todos os plans proxectados e comprometidos e, polo de agora, non realizados.” 10.5980.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- En primer lugar los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 22 de junio y el 26 de julio. Luego una Resolución Presidencial modificando otra del 2007, delegando las atribuciones de la Presidencia en el Área de Servizo de Recursos Externos, Promoción Económica, Emprego e Comercio, en la Sra. Vicepresidenta Dona Mª Teresa Pedrosa Silva; y también una comunicación del Grupo Provincial Socialista dando cuenta de los nombramientos de voceiro en el Diputado Sr. Muradas Ramos y vicevoceiro en el Diputado D. Juan González Pérez. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 22 de xuño e 26 de xullo do ano 2010 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 13 de xullo de 2010, delegando as atribucións da Presidencia na Área de Servizo de Recursos Externos, Promoción Económica, Emprego e Comercio na Vicepresidenta Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, por renuncia ó cargo de D. Xosé Carlos Silva Mariño. C) De escrito do Grupo Provincial Socialista comunicando o nomeamento como voceiro de D. Constante Juan Muradas Ramos e como vice voceiro de D. Juan González Pérez. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa declaración de urxencia, adoptáronse os seguintes acordos: 11.5981.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 3/2010 Sr. Presidente.- Fóra da orde do día temos o Expediente de modificación de créditos número 3/2010, que ten aquí o ditame previo da Comisión Informativa de Economía e Facenda, e que procedemos polo tanto á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Procedemos polo tanto ó debate do expediente de modificación de créditos. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, moi breve, porque xa o explicamos na Comisión esta mañá, e bueno, todos os membros coñecen perfectamente o expediente, estamos falando dun crédito extraordinario de 750.000€ e un suplemento de crédito de 8.494.000€, tamén neste expediente o que estamos a facer, é tamén a aplicación do IVE, do incremento do IVE do 2%, que este si que é un tema importante, estas son decisións políticas que despois afectan loxicamente, teñen repercusión na economía de cada unha das institucións, só de incremento do IVE, para que saiban os veciños e veciñas desta provincia, pois significa dentro do presuposto municipal, o que queda de aquí ata a finalización do ano 2010, estamos falando de aproximadamente uns 600.000€, que 600.000€ que loxicamente irían destinados a outras partidas e que ó final, pois hai que facer un suplemento de crédito para tamén incorporalos dentro desta propia modificación. Polo tanto, estamos falar dun expediente de 9.244.000€, que na parte do crédito extraordinario, 750.000€, se incrementan cos remanentes de Tesourería do ano 2009 e unhas baixas de crédito do plan de investimentos. En canto ós suplementos de crédito, está tamén suplementado nese incremento de IVE, a amortización de débeda en 850.000€, e outra en 7.130.000€. Polo tanto, bueno, era necesario esta modificación de crédito, e esperemos, bueno pois que sirvan para facer todos estes reaxustes, e a maiores, bueno, pois, para unha serie de partidas que son necesarias de cara a finalizar o ano 2010, proxectos e inversións importantes en toda a nosa provincia, e sobre todo nun momento de crise que estamos a vivir tan profundo, loxicamente, pois intentar reactivar a economía na medida das nosas posibilidades. Como vén vostedes a maior parte de todo este suplemento está destinado a inversións, inversións produtivas e inversións necesarias en concellos, e en proxectos, e en programas que ten esta Deputación ó longo de todo o territorio da nosa provincia. Polo tanto solicitamos a aprobación e o apoio de todos os grupos para este expediente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Agardo que neste punto non teñan que intervir tres ou catro do PP, por se non queda claro e para remachar, non, digo que normalmente cun portavoz deféndense bastante ben. Con respecto ó expediente en si, obviamente recolle algúns compromisos cos que estamos de acordo, pero recolle cousas francamente curiosas. Por exemplo, a partida máis gorda destes 9.000.000€, 1.700.000€, chapapote, chapapote que é un investimento que activa moito, que activa moitisimo, non a economía, a rede de I+D, ou sexa do caciqueo renovado, vaia, caciqueo que tamén é, hai que innovar en todo, aquí non innovan nada, aquí usan o de sempre, non. E, bueno, podemos seguir, a máis gorda de todas, pois vén o das Pousadas, e que outra é o novo Pasarón, 1.100.000€, que ó final xa non sei se saben en canto vai ir ó final ou non, ou se xa se pechou en 17 millóns ou non se pechou e demais. Bueno, quitando as partidas máis significativas é unha modificación ampla, de moitisimos recursos que vostedes os xestionan á súa maneira, que nós non compartimos, non compartimos nin no fondo nin na forma e polo tanto como facemos sempre vamos a votar en contra. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Non habendo máis intervencións procedemos polo tanto á votación deste punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 22 de xullo de 2010, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 3/2010, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe global de 9.244.291,46 euros, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que este expediente de modificación de créditos número 3/2010 finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), con baixas de créditos de gastos do Plan de Investimentos 2009-2011 e coa redución de gastos de persoal por aplicación do artigo 14 do Real Decreto Lei 8/2010, de 20 de maio polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público. Resultando que no informe de Intervención de data 22 de xullo de 2010, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 3/2010, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1.- Aprobar o expediente de modificación de créditos número 3/2010, por un importe global de 9.244.291,46 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 1º Gastos de persoal …………………………… -667.103,08 euros Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos…………. 2.359.620,45 euros Capítulo 4º Transferencias correntes…………………….. -188.271,78 euros Capítulo 6º Investimentos reais………………………….. 5.142.679,04 euros Capítulo 7º Transferencias de capital ……………………. 48.731,71 euros Capítulo 9º Pasivos financeiros …………………………. 856.643,15 euros Total variacións por capítulos………………… 7.552.299,49 euros O detalle do expediente é o seguinte: a) Créditos extraordinarios: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 330.164.658.02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS EN CONVENIO CON ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (Convenio Arcebispado para restauración cemiterio Arcos de Furcos-Cuntis) 48.277,07 € 942.337.658.02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS EN CONVENIO CON ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (reforma e acon. Sede Sociedade Cultural de Cambados) 701.972,23 € Total créditos extraordinarios... 750.249,30 € b) Suplementos de crédito APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE INCREMENTO DO IVE: 2%. 230.232.227.07 TRABALLOS R. POR OUTRAS EMPRESAS, PROXECTOS PROMOCIÓN 21.119,30 € 232.232.221.03 COMBUSTIBLES E CARBURANTES 129,61 € 232.232.221.05 PRODUTOS ALIMENTICIOS 3.124,55 € 232.232.226.99 GASTOS DIVERSOS – OUTROS 167,59 € 232.232.227.00 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS -LIMPEZA E ASEO 4.880,51 € 232.232.227.01 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS – SEGURIDADE 551,94 € 232.232.227.06 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS - ASISTENCIA TÉCNICA 42,53 € 232.232.227.10 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS -DESRATIZACIÓN E DESI. 79,24 € 232.232.227.11 TRABALLOS R. OUTRAS E EMPRESAS -RECOLLIDA DE LIXO 170,18 € 232.232.227.99 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS -VARIOS 1.437,91 € 232.232.632.03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCCIÓNS –MELLORAS 455,15 € 241.161.652.02 INVESTIMENTOS (ECOREDESANEASOL) 20.000,00 € 241.233.226.99 GASTOS DIVERSOS, AQUELANDO II 176,35 € 241.233.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS, AQUELANDO II 7.741,25 € 241.241.221.15 MATERIAL T. ESPECIAL, CURSOS FORMACIÓN, DESENV. 539,90 € 241.241.224.03 PRIMAS DE SEGUROS, CURSOS FORMACIÓN, DESENV. 17,59 € 241.241.226.02 PUBLICIDADE E PROPAGANDA, CURSOS FORMACIÓN, DESENV. 347,30 € 241.241.227.06 E. TRABALLOS TÉCNICOS, CURSOS FORMACIÓN, DESENV 24,14 € 241.241.227.18 TRABALLOS R. O. EMPRESAS, CURSOS FORMACIÓN, DESENV 1.008,02 € 241.431.226.40 GASTOS DE REUNIÓNS E PROMOCIÓN "PROGRAMA DO COMERC.” 105,00 € 241.431.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (COMERCIO) 4.465,51 € 241.431.230.20 AXUDAS DE CUSTO DO PERSOAL, (COMERCIO) 9,67 € 241.431.231.20 LOCOMOCIÓN DO PERSOAL, (COMERCIO) 25,52 € 241.433.230.20 AXUDAS DE CUSTO DO PERSOAL 101,68 € 241.433.231.20 LOCOMOCIÓN DO PERSOAL 282,11 € 241.434.226.99 GASTOS DIVERSOS, (UPD) 114,70 € 241.434.231.20 LOCOMOCIÓN DO PERSOAL, (UPD) 64,86 € 241.493.226.02 PUBLICIDADE E PROPAGANDA, CONSUMO 153,41 € 241.493.226.06 REUNIÓNS, CONFERENCIAS E CURSOS, CONSUMO 275,86 € 330.330.230.20 AXUDAS DE CUSTO DO PERSOAL 5,68 € 330.330.231.20 LOCOMOCIÓN PERSOAL 9,72 € 330.334.205.00 ARRENDAMENTO DE MOBILIARIO E ENSERES 29,61 € 330.334.223.00 TRANSPORTES 393,12 € 330.334.226.02 PUBLICIDADE E PROPAGANDA EXPOSICIÓNS, CULTURA 3,45 € 330.334.226.06 REUNIÓNS E CONFERENCIAS - EXPOSICIÓNS, CULTURA 480,16 € 330.334.226.09 GASTOS DIVERSOS -ACTIVIDADES CULTURAIS- 5.860,90 € 330.334.226.29 GASTOS DIVERSOS -PARA EXPOSICIÓNS, (MUSEO) 203,60 € 330.334.227.24 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS, -PUBLICIDADE, FOLLE. 292,28 € 330.334.227.25 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS, -CULTURA 3.074,48 € 330.334.233.00 OUTRAS INDEMNIZACIÓNS (BIENAL ARTE), CULTURA 17,49 € 332.330.231.20 LOCOMOCIÓN PERSOAL 165,10 € 332.332.221.02 SUBMINISTRO DE GAS 71,73 € 332.332.226.06 REUNIÓNS E CONFERENCIAS 31,90 € 332.332.227.00 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS -LIMPEZA E ASEO 509,68 € 332.332.227.10 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS -DESRATIZACIÓN E DESI. 292,34 € 332.332.227.15 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS -SERVIZO DE PUBLICAC. 1.784,30 € 332.332.629.01 OUTRAS -MENAXE, ÚTILES E FERRAMENTAS 9,43 € 332.332.652.02 INVEST. XESTIONADOS - MELLORAS ARQUIVOS MUNICIPAIS 775,86 € 336.330.230.20 AXUDAS DE CUSTO DO PERSOAL 56,93 € 336.336.227.07 TRABALLOS R. O. EMPRESAS, SERVIZO DE AZAFATAS GU. 1.031,72 € 336.336.632.02 EDIFICIOS E O. CONSTRUCC. - I. REPOSICIÓN, SOUTO M. 414,82 € 337.337.221.05 PRODUTOS ALIMENTICIOS 1.107,75 € 337.337.226.99 GASTOS DIVERSOS –OUTROS 132,40 € 337.337.227.00 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS -LIMPEZA E ASEO 31,88 € 337.337.227.10 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS -DESRATIZACIÓN E DESI. 40,66 € 337.337.227.20 TRABALLOS R OUTRAS EMPRESAS -CONVENIOS ASISTENCIAIS 1.830,41 € 340.341.226.09 GASTOS DIVERSOS, ACTIVIDADES DEPORTIVAS E XUVENÍS 12,41 € 340.341.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (GALA DO DEPORTE, FE.) 2.862,42 € 340.342.658.02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA CENTROS CULTURAIS E … 222,62 € 410.172.227.07 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS - OUTROS SERVIZOS 682,76 € 410.410.230.20 AXUDAS DE CUSTO 109,14 € 410.410.231.20 LOCOMOCIÓN PERSOAL 39,77 € 410.415.658.07 INVESTIMENTOS PARA PESCA (CONFRARIAS ILLA E VILANO.) 3.213,64 € 410.419.632.02 EDIFICIOS E CONSTRUC. (I. REPOSIC. CASTELO SOUTO.) 857,98 € 411.412.221.06 PRODUTOS FARMACÉUTICOS 2.691,66 € 411.412.227.00 LIMPEZA E ASEO 140,00 € 411.412.227.99 OUTROS SERVIZOS 300,02 € 413.413.221.02 GAS LABORATORIO AREEIRO 14,05 € 413.413.227.00 LIMPEZA E ASEO 501,95 € 413.413.227.07 TRABALLOS REALIZADOS POR OUTRAS EMPRESAS -OUTROS SE. 279,95 € 413.413.227.99 OUTROS T. REALIZADOS POR OUTRAS EMPRESAS E PROFESI. 306,19 € 413.413.230.20 AXUDAS DE CUSTO DO PERSOAL 123,95 € 413.413.231.20 LOCOMOCIÓN DO PERSOAL 44,62 € 413.413.622.03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS - MELLORAS (CAST.) 107,15 € 413.413.623.01 MAQUINARIA, INSTALACIÓNS E UTILLAXE, ADQUISICIÓN 120,28 € 413.413.632.02 EDIFICIOS E O. CONSTRUCIÓNS - I. REPOSICIÓN 1.723,30 € 456.450.230.20 AXUDAS DE CUSTO DO PERSOAL 112,39 € 456.453.210.00 INFRAESTRUTURA, BENS NATURAIS (REDE PROVINCIAL) 48.589,15 € 456.453.210.01 INFRAESTRUTURA E BENS NATURAIS (REDE MUNICIPAL) 74,40 € 456.453.213.00 REPARACIÓNS M. CONSERVACIÓN -MAQUINARIA, INSTALACI. 579,30 € 456.453.214.00 REPARACIÓNS M. CONSERVACIÓN -MATERIAL DE TRANSPORT. 160,62 € 456.453.221.03 COMBUSTIBLES E CARBURANTES 4.010,34 € 456.453.221.04 VESTIARIO 277,59 € 456.453.227.06 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS - ESTUDOS E TRABALLO 687,86 € 456.453.612.02 ESTRADAS, EXPROPIAC. PROXECTOS E OUTRAS OBRAS – ME. 121.275,37 € 456.453.623.01 MAQUINARIA, INSTALACIÓNS E UTILLAXE – ADQUISICIÓN 603,45 € 457.333.622.01 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS, (EDIFICIO MUSEO) 401,77 € 457.337.682.01 INVESTIMENTOS EN BENS PATRIMONIAIS, EDIFICIOS E OU. 6.896,55 € 457.450.230.20 AXUDAS DE CUSTO DO PERSOAL 51,09 € 457.450.231.20 LOCOMOCIÓN PERSOAL 230,90 € 457.450.622.03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS MELLORAS 2.973,84 € 900.912.226.01 ATENCIÓNS PROTOCOLARIAS E REPRESENTATIVAS 565,18 € 900.912.226.20 GASTOS DE PROMOCIÓN 1.844,08 € 900.912.227.99 O. TRABALLOS REAL. POR O. EMPRESAS E PROFESIONAIS 1.171,79 € 912.912.230.20 AXUDAS DE CUSTO DO PERSOAL 19,46 € 912.912.231.20 LOCOMOCIÓN PERSOAL 92,41 € 920.920.213.00 REPARACIÓN MAQUINARIA, INSTALACIÓNS E UTILLAXE 86,98 € 920.920.221.03 COMBUSTIBLES E CARBURANTES 183,70 € 920.920.221.04 VESTIARIO 0,85 € 920.920.227.00 LIMPEZA E ASEO 2.943,15 € 921.920.230.03 AXUDAS DE CUSTO -CURSO INAP E OUTROS 25,86 € 921.920.231.03 LOCOMOCIÓN -CURSO INAP- 27,59 € 921.920.232.02 ASISTENCIAS A TRIBUNAIS DE OPOSICIÓNS 436,65 € 921.920.625.01 MOBILIARIO E ENSERES -ADQUISICIÓN- 7,40 € 922.342.652.00 INV. XESTIONADOS PARA CONCELLOS, INSTALACIÓNS DEPO. 9.198,71 € 922.342.652.09 INVESTIMENTOS EN CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFIC. 19.951,46 € 922.920.220.00 MATERIAL DE OFICINA ORDINARIO NON INVENTARIABLE 1.408,14 € 922.920.226.03 PUBLICACIÓNS EN DIARIOS OFICIAIS 11,03 € 922.933.224.01 SEGUROS DE EDIFICIOS, LOCAIS E DE RESPONSABILIDADE 1,77 € 923.923.226.06 REUNIÓNS E CONFERENCIAS, C.P.A.M. +(CURSO FEGAMP) 39,41 € 923.923.227.06 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS, E.E T. TÉCNICOS, C.P. 20,69 € 925.920.202.00 ARRENDAMENTO DE EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUC. 137,07 € 925.920.227.00 TRABALLOS R. POR OUTRAS EMPRESAS, LIMPEZA E ASEO 274,40 € 925.920.227.01 TRABALLOS R. POR OUTRAS EMPRESAS, SEGURIDADE 9,23 € 925.920.227.07 TRABALLOS R. POR O. EMPRESAS, CONTRATOS DE ACTIVID. 216,98 € 925.920.227.09 TRABALLOS R. POR OUTRAS EMPRESAS, CONTRATOS DE MAN. 35,06 € 926.926.206.00 ARRENDAMENTO EQUIPOS PARA P. DE INFORMACIÓN 1.178,03 € 926.926.222.00 SERVIZOS DE TELECOMUNICACIÓNS 4.856,91 € 926.926.227.23 TRABALLOS R. POR OUTRAS EMPRESAS, MANTEMENTO EQUI. 931,75 € 926.926.230.20 AXUDAS DE CUSTO DO PERSOAL, (TIC) 9,46 € 926.926.231.20 LOCOMOCIÓN PERSOAL, (TIC) 15,92 € 926.926.626.01 EQUIPOS PARA PROCESO DE INFORMACIÓN, ADQUISICIÓN 2.719,31 € 926.926.641.00 ADQUISICIÓN APLICACIÓNS INFORMÁTICAS 2.787,45 € 927.920.226.04 GASTOS XURÍDICOS E CONTENCIOSOS 1,72 € 927.920.230.20 AXUDAS DE CUSTO DO PERSOAL 2,50 € 927.920.231.20 LOCOMOCIÓN PERSOAL 1,05 € 928.920.227.00 TRABALLOS REALIZADOS POR OUTRAS EMPRESAS, LIMPEZA 26,95 € 929.920.226.99 GASTOS DIVERSOS - OUTROS 0,07 € 929.920.227.03 ASISTENCIA MÉDICA EXTERNA 806,66 € 942.161.652.02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS, OBRAS SANEAMENTO 428,84 € 942.430.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS, POUSADAS 1.576,45 € 942.430.622.01 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS, POUSADAS 56.027,53 € 942.430.681.00 INVESTIMENTOS EN TERREOS, BENS PATRIMONIAIS,POUSAD. 10.140,84 € 942.491.627.01 PROXECTO C. REDES DE TELECOMUNICACIÓN, WIMAX-RURAL 56.711,85 € 942.942.230.20 AXUDAS DE CUSTO DO PERSOAL 77,53 € 942.942.231.20 LOCOMOCIÓN PERSOAL 87,92 € 942.942.642.50 INVERSIÓNS EN BENS INMATERIAIS (PROXECTO CIDIR-EIE) 3.755,88 € 942.942.652.00 INVESTIMENTOS EN CONVENIO CON PONTEVEDRA 06/09 29.469,29 € 942.942.652.09 INVESTIMENTOS, COOPERACIÓN CON ENTIDADES LOCAIS 8.828,86 € Suplemento de crédito para incrementos do IVE: 506.699,08 € 931.011.913.00 AMORTIZACIÓN DE PRÉSTAMOS (financiado con baixas de créditos de persoal da Deputación e dos O.A. Locais) 856.643,15 € 232.232.625.01 MOBILIARIO E ENSERES, C. PRÍNCIPE FELIPE 30.000,00 € 332.332.227.15 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS -SERVIZO DE PUBLICACIÓNS (ARQUIVO) 60.000,00 € 336.336.621.01 INVESTIMENTOS EN TERREOS, BENS PATRIMONIAIS, SOUTOMAIOR (Compra finca colindante) 13.000,00 € 330.334.227.25 TRABALLOS REALIZADOS POR OUTRAS EMPRESAS, ACTIVIDADES CULTURAIS 100.000,00 € 340.342.652.02 INVESTIMENTOS DE PROXECTOS XESTIONADOS (NOVO PASARÓN) 1.100.000,00 € 413.413.221.06 PRODUTOS FARMACÉUTICOS E M. SANITARIO (AREEIRO) 12.000,00 € 413.413.623.01 MAQUINARIA INT. E UTILLAXE, AREEIRO 20.700,00 € 456.453.210.00 REPARACIÓNS INFRA. E BENS NATURAIS (REDE PROVINCIAL) 1.700.000,00 € 456.453.213.00 REPARACIÓNS, M. CONSERVACIÓN MAQUINARIA, (INFRAESTRUTURAS) 150.000,00 € 456.453.221.03 COMBUSTIBLES E CARBURANTES (INFRAESTRUTURAS) 150.000,00 € 457.450.622.03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUC. MELLORAS –ARQUITECTURA 800.000,00 € 922.342.658.00 INVESTIMENTOS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS (campo de fútbol herba artificial Coruxo-Vigo) 424.000,00 € 928.920.214.00 REPARACIÓNS, M. CONSERVACIÓN VEHÍCULOS, (PARQUE MÓBIL) 25.000,00 € 928.920.221.03 COMBUSTIBLES E CARBURANTES, (PARQUE MÓBIL) 16.000,00 € 942.430.622.01 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS, (POUSADAS) 1.400.000,00 € 942.942.652.00 INVESTIMENTOS EN CONVENIO CON PONTEVEDRA (EXPROPIACIÓNS ACCESO MONTECELO) 527.972,05 € 942.942.652.09 INVESTIMENTOS XESTIONADOS EN COOPERACIÓN CON CONCELLOS (D08/0058-Centro Cultural de Cerdedo) 415.983,76 € 942.943.763.00 TRANSFERENCIAS A MANCOMUNIDADES (Sub. Mancomunidade do Salnés para obra: “Canceira mancomunada" 50.000,00 € 456.453.612.02 ESTRADAS, EXPROPIAC. PROXECTOS E OUTRAS OBRAS -(D10/0034-BEIRARRUAS EP 8702 STA. Baia Oeste - CATOIRA) 56.004,69 € 456.453.612.02 ESTRADAS, EXPROPIAC. PROXECTOS E OUTRAS OBRAS -(D10/0033-EP 8601 RÚA DEPUTACIÓN-PONTECESURES) 80.039,43 € Total suplementos de créditos... 8.494.042,16 € Este expediente finánciase con baixas de créditos de gastos, das aplicacións que se detallan, cuxas dotacións son reducibles destinándose a outras finalidades, e con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose as seguintes operacións: • Baixas de créditos: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 942.942.652.45 PLAN DE INVESTIMENTOS 2009-11 -766.940,67 € 942.942.652.45.09 PLAN DE INVESTIMENTOS 2009-11 -68.408,15 € GASTOS PERSOAL ARTIGO 14 DO REAL DECRETO LEI 8/2010, DE 20 MAIO -856.643,15 € SUMA… -1.691.991,97 € • Remanentes líquidos de tesourería para gastos xerais: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931.870.01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios (EXT. 02/10)… 48.277,07 € 931.870.02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito (SUP. 03/10)… 7.504.022,42 € TOTAL... 7.552.299,49 € 2.- O expediente de modificación de créditos número 3/2010 será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 12.5982.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES NA COMISIÓN TERRITORIAL DO PATRIMONIO HISTÓRICO DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Moción da Presidencia en relación á designación dun membro na Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra. Votamos a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Bueno, o tema trátase do seguinte, nomeamento de vogais na Comisión Territorial do Patrimonio Histórico, é un tema de trámite, Histórico de Pontevedra. O día 1 de xullo de 2010, saíu publicado no Diario Oficial de Galicia o Decreto 103/2010, de 17 de xullo, de xuño, perdón, polo que se modifica o Decreto 39/2007, de 8 de marzo, polo que se regula a composición e o funcionamento das Comisións Territoriais do Patrimonio Histórico Galego. Segundo o establecido no artigo 3.4, será vogal de cada unha destas comisións unha persoa en representación da Deputación Provincial correspondente. O artigo 3.5, do devandito Decreto outorga a competencia para a designación e cesamento dos vogais, membros das comisións territoriais do Patrimonio Histórico, que non o sexan por razón dos seus cargos e os seus respectivos suplentes, ó titular da Consellería con competencias en materia de patrimonio cultural, a proposta das entidades e órganos con representación naquelas comisións. Por conseguinte requírese a este organismo a proposta dun vogal titular e un suplente ó efecto de que se integren na Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra para o que deberá terse en conta que as persoas designadas deberán gozar da debida dispoñibilidade da celebración das sesións nunha ou dúas tardes ó mes. Lémbrase que segundo a disposición adicional 1ª do citado Decreto 103/2010, a Comisión Territorial do Patrimonio Histórico constituirase coa nova configuración no prazo de dous meses contados dende a entrada en vigor daquel o vindeiro 21 de xullo, polo que se prega que nos fagan a súa proposta á maior brevidade posible. ¿Estamos de acordo?. ¿Votamos a urxencia?. É un tema de trámite, non ten máis ciencia. Pero vamos, lle dou a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, non estaba nin no expediente nin había ningún aviso previo de que viñera, en fin, de todas maneiras tanto como trámite así, mire, se quere a miña ou a nosa opinión así e demais, que por Lei non se pode modificar, o que debían era desaparecer esas comisións, pero bueno, a cousa tiña bastante enxundia, pero bueno, é un nomeamento e vamos a, que fagan a proposta, que máis dá. Sr. Presidente.- Bueno, home, canta máis pluralidade mellor, eu creo, vostedes non están para recortar senón para dar pluralidade ás cousas, polo tanto eu creo que é bo que dalgunha maneira pois exista pluralidade tamén neste sentido. Proponse polo tanto designar representantes, vamos, un representante neste caso, un titular e un suplente, na Comisión Territorial de … Bueno, ¿a urxencia votámola todos a favor?, e votamos, bueno, léolles a proposta do punto e se teñen algo que dicir pois que mo trasladen. Designar representantes titular e suplente na Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra ós Deputados Provinciais, como titular D. José Balseiros Guinarte e a D. Jesús Vázquez Almuíña respectivamente. Claro, é un titular, home non vamos a partilo en tres, é un titular e un suplente. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre designación de representantes na Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra. Dita Moción é como segue: Dada conta da comunicación do Director Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, de data 9 de xullo de 2010, por medio da que solicita a designación de representantes titular e suplente desta Corporación Provincial na Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra. Considerando que o artigo 58 c) do RD 2568/1986, de 28 de novembro determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Esta Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: “Designar representantes, titular e suplente, na Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra, ós Deputados Provinciais D. José S. Balseiros Guinarte e a D. Jesús Vázquez Almuíña, respectivamente”. 13.5983.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Temos por escrito a pregunta de Dona Isaura Abelairas, que lle dou a palabra, se quere, ou a leo, si. “Que en días pasados puidemos ver nos medios de comunicación a firma dun convenio entre a Deputación e Caixanova, que ten como fin a celebración de actos culturais en toda a provincia. Neste convenio, por importe superior a un millón de euros, descoñecemos se se establece algún tipo de condición para reparto destes fondos ou criterio para a súa aplicación. Polo tanto, queremos saber, ¿cales son os criterios de reparto territorial que se vai a aplicar neste convenio con Caixanova?; e, ¿pensa a Deputación acordar cos gobernos locais a aplicación que lle corresponda a cada un?; e, ¿pensa a Deputación seguir con criterios electorais asignando os fondos en sitios onde se fixeron mocións de censura?. Bueno, pois ten a palabra o portavoz nesta materia e Vicepresidente, D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Ben, bos días. Respecto ás primeiras preguntas a resposta é, os habituais que son xeralmente aceptados. Respecto á segunda das cuestións, é unha posibilidade que non descartamos pero o sistema funciona. E respecto á terceira, non nos consta esa circunstancia polo que a resposta é non, nunca se fixo. E aproveito a circunstancia Sr. Presidente xa, dende o punto de vista dos rogos, é que como antes escoitamos unha queixa sobre unha determinada forma de pronunciarse, eu pendente de todas as intervencións recordo que por alguén se dixo que éramos un pouco brutos, dirixíndose a estas bancadas, e que tamén que non tiñamos a mesma categoría intelectual, iso se dixo pola persoa que se queixaba, eu sei que hoxe máis que nunca no Grupo Socialista teñen que ser modestos todos, aínda que D. Emilio González se ausentou, pero bueno, está nunha fase de concurso de méritos e iso hai que entendelo e comprendelo. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Durán. Sra. Abelairas, ¿algo que engadir?, aínda que é unha pregunta e están contestadas, ou, ¿ten máis?. Sra. Abelairas Rodríguez.- … e vou a baixar o ton de voz, o de ser mestra ten ese problema, claro 34 anos dedicándome a iso pois ten ese problema, levanto o ton de voz e parece que estou enfadada. Pero mire, o que se pica allos come, eu simplemente fixen unha apreciación, non, dígolle a vostede, eu directamente llo digo a vostede. Mire, non me contestou á segunda pregunta, ¿pensa a Deputación acordar cos gobernos locais a aplicación que lle corresponde a cada un?, saíu da primeira moi ben, como nos dá a gana, podía contestar así ás tres que é o que fan, ben. Mire, non, non, as actuacións, referinme ás actuacións, e miren, dixen, repito, é que o repito outra vez, para poñernos ó mesmo nivel intelectual que vostedes, dixen exactamente esa frase, e fixen unha proposta, exactamente esa frase, e volvo a repetir, e non estou absolutamente insultando a ninguén, dixen para poñernos ó mesmo nivel intelectual que vostedes, fixen unha proposta que vostedes non aceptaron, pero segue sen contestarme á segunda pregunta. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Durán. É á última. Sr. Durán Hermida.- Si, non, eu creo que recoñecendo esa dilatada experiencia docente, posiblemente eses 34 anos lle haxan afectado un pouquiño, non o sei, ó oído, porque eu si que contestei á segunda e á terceira pregunta, pero en aras a esa cuestión reitero a contestación á segunda pregunta, é, que é unha posibilidade, que non descartamos, pero que o sistema ó noso xuízo funciona, pódollo repetir un pouquiño máis alto. E á terceira pregunta, que tamén contestei, pero reitero, é que non me consta o que vostede di na pregunta, esa circunstancia, e a resposta en concreto é non, podo levantar un pouquiño o tono de voz, non é o habitual, pero podo facelo tamén, en consideración a esa circunstancia que intúo. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten agora a palabra D. Gabriel Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Bos días a todos e a todas. Esta pregunta ten relación co control do persoal da Deputación e a adxudicación a unha empresa pública, perdón a unha empresa privada. ¿Parécelle correcto gastar 180.000 euros no control dos funcionarios cando existe xa un control de pegada dixital dende hai 6 anos?. Sr. Presidente.- Se o propuxeron os servizos técnicos da casa entendo que será necesario. Sr. Martínez Giráldez.- ¿Existe ou non existe un control de persoal da Deputación por pegada dixital dende o ano 2004?. Sr. Presidente.- Existe un control pero que é manifestamente mellorable. Sr. Martínez Giráldez.- ¿Existe ou non existe un rexistro horario do control?. Sr. Presidente.- Existe e é manifestamente mellorable. Sr. Martínez Giráldez.- ¿Manifestan estes rexistros un incumprimento horario do persoal ó servizo desta administración?. Sr. Presidente.- Iso vai na responsabilidade de cada un, pero en principio si. Sr. Martínez Giráldez.- ¿Se existe un control por pegada dixital, está vostede acusando ó persoal de incumprimento horario?. Sr. Presidente.- Non, iso o di vostede, pero creo que as normas de xogo son para todos e polo tanto hai que cumprilas. Sr. Martínez Giráldez.- ¿Que medidas se tomaron co persoal que incumpre as súas obrigacións horarias?. Sr. Presidente.- Pois as que corresponden. Sr. Martínez Giráldez.- ¿Cre vostede razoable e necesario o gasto de 180.000 euros a unha empresa privada para duplicar un servizo existente?. Sr. Presidente.- Pregunta repetida e tamén contestada. Sr. Martínez Giráldez.- ¿Están incluídos nos rexistros o persoal de confianza e eventual?. Sr. Presidente.- Home, non teño o repaso de todos. Déase conta de que aquí son 800 traballadores máis 400 ou 500 contratados, a verdade é que para repasalos todos me custa traballo. Sr. Martínez Giráldez.- ¿Pódesenos pasar unha copia, non?. Sr. Presidente.- Si, si, haberá que ver que lla pasen en Persoal. Sr. Martínez Giráldez.- Vale. Outra pregunta en relación co concello de Mondariz-Balneario, que tamén afecta ó concello de Mondariz. Son coñecedores da situación que se está dando na estrada provincial que vai dende Mondariz-Balneario ata a parroquia de Vilar, en Mondariz, coñecida como paseo de Enrique Peinador, que os vehículos estacionados en ambas marxes impiden que pasen os autobuses e os camións. ¿Van a tomar algunha medida para facilitar a circulación dos camións e autobuses por esta estrada?. Sr. Presidente.- Bueno, pois recóllese a súa inquietude e pediremos ós técnicos que nos informen dese proceder e se dalgunha maneira é un planteamento o que vostede di, que me parece razoable, pois que se habilite coa maior urxencia posible. Sr. Martínez Giráldez.- Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Martínez Giráldez. D. José Antonio Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Si, bos días Sr. Presidente. Nas Resolucións Presidenciais que acaba de dar conta o Sr. Secretario aparece unha resolución de preto de 95.000 á Asociación de Fomento da riqueza forestal de Galicia, AFRIFOGA, para un estudo da situación dos montes na provincia de Pontevedra. E as preguntas son dúas, unha, primeiro, ¿se está feito xa ese estudo?, e segundo, ¿cal é a finalidade ou o obxecto dese estudo?, xa que en principio a Deputación dentro do seu ámbito competencial non ten aparentemente competencias no medio rural e concretamente nos montes da provincia. Gracias. Sr. Presidente.- Pois moitas gracias. Miraremos, pedirei ó departamento que nos informen debidamente desta cuestión. D. Pauliño. Non, quero acabar cos de arriba para vir para abaixo. Non, non, aquí aparecen un montón deles. D. Pauliño. Sr. Del Río Iglesias.- Eu cédolle a palabra ó Sr. Deputado sen ningún tipo de problema. Sr. Presidente.- Sr. Muradas. Xa lle cedeu D. Pauliño a palabra. A verdade é que non lle quere nada ben o micrófono ese. Sr. Muradas Ramos.- Está simpático, mire que yo lo considero una persona. Sr. Presidente.- Simpática é a pantalla, non son eu. Sr. Muradas Ramos.- Lo considero una persona inteligente y brillante, de verdad, lo que no entiendo es su tozudez en disimularlo permanentemente, eso es lo que no entiendo. Hoy como viene simpático, vamos a ir de simpático. Quinto Pleno, quinto Pleno, el Pleno pasado tenía dudas, este Pleno, este mes, ya tengo la absoluta certeza de que usted se instaló en la desvergüenza institucional, o sea, no puede ser que cinco meses seguidos formulando la misma pregunta, usted no la conteste. Se la voy a reiterar, como los acontecimientos van cambiando la situación, se la voy a ampliar, la cuantificación, tuve un compañero que me ayudó a sumar, ya reconocí este Pleno pasado que no, tenía dificultad para las sumas, ahora ya me sumaron, ya se las cifras, y, como decía el Sr. Crespo, lo que es medible no es opinable, y puestos a medir y a sumar, del Plan anticrisis en la adjudicación de las obras se deduce un sectarismo escandaloso, escandaloso, orientado a favor del PP, no acabo de entender y reitero la pregunta, ¿cuáles son los criterios que está usted utilizando para adjudicar obras?. De lo visto, de lo visto, parece que funciona que algún alcalde le venga aquí a rendir pleitesía y a la semana siguiente se adjudiquen obras, o existan alcaldes aquí que no vienen a rendirle pleitesía, pero estarían dispuestos incluso, individualmente a venir, hoy simplemente vienen a manifestar su queja por esta discriminación. Esa puede ser una de las razones, no se viene aquí a rendirse, rendibú, pues vale, otra puede ser, y la comprendo, la comprendería, si usted me la reconoce aquí, que en los ayuntamientos donde ustedes gobiernan pues la crisis afecta más, puede ser otra, entonces que esa ayuda tenga que ir orientada a esos ayuntamientos, pudiera ser. Pero hombre, en otros ayuntamientos no hay tanta crisis como en los que gobierna el PP, pero si la hay. Pero profundizando y haciendo los números, lo grave, lo grave es que por culpa de su espíritu caciquil, caciquil, el sistema no funciona, el plan no avanza, o sea, dos planes Zapatero, dos planes E, que confiaron en todos los ayuntamientos de este país, incluidos los de Pontevedra, eso se desarrolló perfectamente, los ayuntamientos dieron una imagen de seriedad y de competencia para saber gestionar esto, impensable en un principio, contrastado el sistema, su espíritu caciquil le impide aplicar la misma fórmula en la provincia de Pontevedra y estamos a mitad del ciclo presupuestario que va a financiar este plan y resulta que de los 70 millones que tienen previsto, sólo está licitado o en trámite de licitación 10, 10 millones de 70, es la situación en la que están. Usted tiene 14 millones, entonces la pregunta se va a ampliar, es, ¿qué criterios se está utilizando a la hora de adjudicar las obras?; que de cuenta ante este Pleno de dónde van orientados esos 14 millones de pesetas, de euros, perdón, que ya quisieran muchos ayuntamientos como presupuesto, ya quisieran muchos ayuntamientos como presupuesto, y las bajas, ¿a que se van a destinar las bajas?, a que se van a destinar las bajas que adjudicando desde aquí se producen en todas las obras; y luego las direcciones de obra, ¿qué criterios se están utilizando para contratar?, si son los ayuntamientos, si colaboran, si las están adjudicando por fuera, etc. Pero insisto, la lentitud de esto es tan brutal, es tan brutal que le amplío esto a un ruego, porque a usted le va a pasar a este ritmo, a mitad de, en año y medio de 70 millones van 10, a usted le va a pasar como aquel que llegaba a la verbena cuando había marchado la orquesta, o ya va a llegar a una próxima crisis, a una siguiente crisis, no lo se. Entonces, le concreto, criterios a la hora de adjudicar obras, ¿en que se van a aplicar las bajas?; ¿en que va a destinar usted los 14 millones?; y ¿qué plazo tiene previsto para la adjudicación total de todas las obras?; y vista la velocidad se lo amplío a un ruego, que vea la fórmula de, puede llevarnos un mes o dos meses, pero a este ritmo yo creo que vamos a llegar antes, de que sean los ayuntamientos los que adjudiquen, suspender este sistema e intentar que los ayuntamientos adjudiquen las obras, que eso lo hacemos todos los ayuntamientos de la provincia e incluso los que gobiernan ustedes, en un mes, esto sumaría tres meses y yo francamente le veo que en tres meses, que en tres meses vamos a estar aquí hablando del mismo problema y de su fracaso en la aplicación de este plan como gestor. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. Bueno, eu se quere éntrolle en detalle municipio a municipio, pero creo que sería moi largo, onde están os expedientes iniciados, iniciación ou adxudicados, polo tanto, bueno, en principio non hai, bueno, teno vostede aí, bueno, pois se quere eu llos leo, se os sabe é evidente que non puido citar, citou globalmente unha cifra, pero sabe que non houbo ningún tipo de actuación, porque dalgunha maneira se foi o acordo como foi, para todos, pois dalgunha maneira ademais beneficiamos ós concellos que teñen menos poboación, cunha compensación de territorio e superficie, superficie, territorio e poboación, creo que é importante que a Deputación tivera en conta esa consideración e polo tanto está seguindo todo o seu proceso normal, normal. A maiores me pregunta por esa cantidade que vostede foi o cántico que teñen desta ocasión, pero xa doutra reiterada. A verdade é que neste caso un goberno do Partido Popular se reserva un 20% do plan, pero no caso dun que foi Conselleiro de Medio Ambiente, Sr. Pachi Vázquez, ese non se reservaba o 20%, se reservou o 100% para distribuílo a dedo, nós, home, somos un pouco, neste caso cremos máis de que os concellos evidentemente tamén teñen un papel preponderante e polo tanto teñen que decidir e creo que nese sentido debe ser un reparto equitativo. Cun goberno Socialista en coalición co Bloque Nacionalista Galego en Galicia, moitos nin había nin bases, non había nin criterios de reparto, o reparto era o dedo, e o dedo foi aplicado con moito sectarismo, porque lle recordo, lle recordo, que vostedes non están no goberno de Galicia en gran medida por iso que vostede dicía que nos acusaba a nós, porque vostedes son moi artífices de acusar ós outros do que vostedes fan en gran medida. Dicía José Crespo que vostedes son os campións da demagoxia e máis do sectarismo, pero bueno, nese sentido, -eu estou no turno da palabra, eu a vostede o deixei falar-, ben, a vostede lle deixei falar e agora me toca intervir a min. Polo tanto, respecte o turno de palabra, e se dalgunha maneira algunha cousa non lle gusta, eu non lle podo facer nada. Vostede respecte, respecte o turno de palabra, e polo tanto eu lle podía contestar, si, non, ou dicirlle que lle contestaba por escrito e sen embargo lle estou contestando amplamente, amplamente a iso. Polo tanto, lle digo, maiores cacicadas que as que vostedes fixeron no goberno de Galicia imposible, e maior sectarismo dende aquí imposible tampouco, e dalgunha maneira para iso están, evidentemente, os alcaldes, tanto do Partido Popular, do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego, e é máis, a realidade é que se estivera de acordo, incluso o seu partido, o seu propio partido, que, bueno, pois aquí hai unha representación polo que vexo de alcaldes, que lle dou a benvida, por suposto ós Socialistas, e ó mesmo tempo pois aparece o Secretario provincial do Partido Socialista, que creo que está intentando facer méritos para dalgunha maneira ser Deputado da oposición, Sr. Muradas, Sr. Muradas, sexa respectuoso, sexa respectuoso, Sr. Muradas, sexa respectuoso, Sr. Muradas, sexa respectuoso, sexa respectuoso, Sr. Muradas, sexa respectuoso, Sr. Muradas, home, pero por favor, home, compórtese, señor, eu pódome dirixir porque vostedes primeiro criticaron ós medios de comunicación que non dan informacións veraces e despois utilizan ós medios de comunicación para que dalgunha maneira pois lles trasladen a inquietude, que a Deputación pois non lle está adxudicando as obras. Vostedes fan unha cousa e maila contraria, son capaces diso, e eu sei que hai aquí dalgunha maneira unha representación importante, que lle dou a benvida, e polo tanto agradezo a representación. Pero mire, a súa descomposición, a súa descomposición é tal, do seu grupo, que dalgunha maneira o anterior Portavoz, o anterior Portavoz do Partido Socialista, se foi porque non quere asistir a este despropósito nin a esta carnavalada que fai o Partido Socialista. Lle digo e lle contesto a maiores sobre as preguntas, dicir que nesa de libre disposición, casualidade, !oh casualidade¡, que co criterio que dalgunha maneira vostede di, que criterios seguen, pois son para aquelas actuacións que son importantes e que ás veces hai que resolver fóra do plan. Pois os únicos concellos que neste momento foron beneficiados desa libre disposición que ten o Presidente, concretamente, concretamente foron Catoira, de momento, e Salceda de Caselas, casualidade, ¡oh, casualidade!, fíxese vostede. Entón, na mesma liña seguirán cando se, dalgunha maneira, entenda que hai unha obra urxente, prioritaria, pois que tamén dalgunha maneira se poña en marcha. Pero os dous primeiros e os únicos de momento, probablemente o seguinte sexa Soutomaior, pero foron Salceda de Caselas e Catoira, para unha actuación que conveniamos a maiores evidentemente con este concello. Polo tanto, eu teño que dicirlle que o plan creo que vén a resolver problemas que neste momento teñen os concellos, que é un plan importante para que, xa digo, aquelas pequenas e medianas cousas que teñen de problemas nos distintos concellos da provincia de Pontevedra, sen exclusión, se resolvan e polo tanto todo vai sobre o previsto, todo vai sobre o previsto, e iso é o que dalgunha maneira eu lle podo trasladar no día de hoxe, espero que, xa digo, se aceleren máis incluso as contratacións seguintes, pero todo vai en principio sobre o previsto, sen problema. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Tenía pensado decirle otras cosas pero casi mejor me voy a ceñir al turno en el que estamos. No me contestó ninguna pregunta, sólo me dijo que es tan bueno, tan bueno, tan bueno, tan bueno, que a Catoira le dio algo de los 14 millones, eso es con la única copla que me quedé, que me parece bien, a mi me parece bien, yo simplemente le digo que, mensualmente, informe a esta cámara de en que va gastando ese dinero, no se si recuerda aquel discurso de que va a gobernar para todos y de transparencia y de aquella cosa … Sr. Presidente.- Exemplos. Sr. Muradas Ramos.- Eso es, bueno, pues, como veo que está dando ejemplo, por eso, le insisto, quedan sin contestar, ¿qué criterios está utilizando?; ¿qué plazo tienen previsto para la adjudicación total de las obras?; ¿en que va a gastar los 14 millones?. Las direcciones de obra, ¿qué sistema están utilizando para nombrarlas?, más que sistema, criterios, y las bajas, ¿qué va a pasar con las bajas?. Estas son las preguntas que me quedan sin contestar ahora, para el Pleno siguiente volveremos a traer … Sr. Presidente.- Esas dúas preguntas xa son fáciles de contestar, as baixas, cando se acabe, cando se acabe, me di o Interventor ademais, que non se olvide que hai un 2% que hai que pagar a maiores do IVE, pero vostede tranquilo que llo direi cando acabemos de licitar todo, de momento non o sabemos, no que corresponde á libre disposición xa llo estou dicindo, e no que corresponde ós técnicos é unha cuestión na cal nós non interferimos, hai propostas evidentemente dos concellos, en todo caso se atenderán, pero ese é un tema que leva propiamente o Servizo de Contratación e polo tanto xa digo que iso está perfectamente contestado. Sr. Muradas Ramos.- Bueno, pero comuníqueselo a los ayuntamientos que tienen la posibilidad de llevar ellos la dirección de obra. Sr. Presidente.- Eu creo que si, home, si eles teñen algunha proposta se lle escoitará a proposta que nos trasladen e se estudará esa proposta. Sr. Muradas Ramos.- … vale, vale, es una novedad, es una novedad, es una novedad. Sr. Presidente.- Nadie preguntou por ela. Sr. Muradas Ramos.- No, eso es una novedad, que las direcciones de obra las pueden proponer los ayuntamientos eso es una novedad. Sr. Presidente.- Nadie preguntou por ela. Estudarase cada proposta. Sr. Muradas Ramos.- Para eso estamos en el turno de ruegos y preguntas y se lo pregunto, pero se puede proponer, estupendo. Sr. Presidente.- ¿Alguna cuestión más?. Sr. Muradas Ramos.- No, pero queda sin contestar la mayor. Sr. Presidente.- Gracias. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Os Plenos desta Deputación estanse convertendo en, non digo, que nos teñan que aumentar por penosidade ou perigosidade, pero estase convertendo agora en perigoso. ¿Por que digo isto?, porque a sumar a estas maravillosas sillas que temos, que son, están deseñadas para torturar a espalda, pois os que vestimos de maneira informal e nos fiamos do día, e vimos de sandalias, resulta que temos o aire acondicionado meténdonos frío nos pés, e iso vai dar máis dun catarro, senón cando nos vexamos vamos a ver, dos 27, bueno dos 29, non sei se o teñen aí tamén, a ver cantos catarros veñen, que son perigosos, ou sexa, imaxínese ter a cabeza quente porque aquí non fai frío, estar suando e resulta que ter metido o frío nos pés. E intelectualmente tamén son perigosisimos, porque claro, eu hoxe sufrín, sufro, porque teño os pés fríos, si, si, non, voulle dicir por que, porque hoxe aquí estamos de acordo en que hai que demandar as infraestruturas, tanto á Xunta como ó Goberno central, e o outro día no Pleno do concello montaron un alboroto os seus compañeiros, porque votaron en contra do mesmo que aprobaron hoxe aquí, claro, entón intelectualmente sufro, a min as contradicións as levo francamente mal, entón estouno pasando mal no Pleno, frío nos pés, na espalda, e aínda por riba estas cuestións de ver cousas, razoamentos, distintos dun lado a outro que, que son lexítimos, pero que, como que, vamos, me chirrian e me poñen nunha situación incómoda, nada máis que iso. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ese bo humor que vostede lle pon de vez en cando pois tamén é unha boa aportación para levar precisamente o Pleno a bo ritmo, que levamos, bueno, escasamente dúas horas. D. Pauliño, que antes evidentemente, bondadosamente lle dou a palabra ó Sr. Muradas. Agora ten vostede a palabra. Adiante. Sr. Del Río Iglesias.- Bos días Sr. Presidente. Gustaríame empezar preguntándolle se hai algún avance ó respecto da pregunta que lle fixen no anterior Pleno sobre esa cooperación a varias institucións polo tema da Escola de Música de Vincios. Gustaríame se nestes trinta días vostede ó goberno de Gondomar, que non podo cualificar de que partido é, porque está aí, vostede non o sabe, vostede o anunciou pero agora votouno pola borda. Sr. Presidente.- Non. Sr. Del Río Iglesias.- Si, si, si, si. Bueno, en principio, esa sería a miña primeira pregunta. A segunda é que sabe vostede que onte tomaron posesión, déuselle a benvida por parte deste grupo a 2 concelleiros do Partido Popular no concello de Gondomar, non, por iso llo digo, voulle informar, voulle informar, 2 concelleiros do Partido Popular ingresaron na Corporación municipal de Gondomar onte, e se integraron nas Comisións Informativas que están a nome do Partido Popular, cuns señores que están declarados tránsfugas, dígollo para o seu coñecemento, ¿verdade?, porque resulta curioso esta connivencia, non sabemos se co seu coñecemento, posiblemente non, eu sei que co seu descoñecemento, entre unha serie de señores que din que están fóra do Partido Popular, e que logo usurpan, usurpan, parece ser, o nome do Partido Popular no concello de Gondomar, sen que vostede como Presidente provincial, parece ser, non sabe, non se entera ou non o quere ver. Eu dígollo para que, está ben que se informe, da mesma maneira que se lle preguntou a este Sr. Alcalde, que di que non sabe, pero que ás veces ten que esperar ordes do partido, supoño que de vostede, etc., etc., que preguntado el e o resto dos concelleiros, se pertencían ou non ó Partido Popular, pasareille unha copia do escrito, porque está moi ben, voulle dicir o que di, ¿milita o Sr. Alcalde ou non no Partido Popular, e así o resto dos concelleiros do Partido Popular?; e, ¿sabe que din?, primeiro din que nos contestarán por escrito, necesitaron un mes para esta resposta, que lle vou pasar unha copia, pero debería de tela vostede no seu despacho, a militancia de cada un dos membros do goberno forma parte da súa vida privada. Sr. Presidente.- Si, lin iso. Sr. Del Río Iglesias.- Voulle dar unha copia porque, ¿verdade?, uns señores que se presentaron representando a vontade popular nunhas listas dun partido e agora din que despois fixeron o que fixeron, porque vostede o anunciou, e que agora di, que non se sabe, eles non queren manifestar a súa militancia, que é parte da vida privada. E digo eu, ¿a xente que se avergonza do partido no que está poderá representar os intereses dos veciños e veciñas dun concello?. A verdade é que cando menos ten vostede un partido pintoresco en Gondomar. Gracias Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Gracias D. Pauliño. A verdade é que vostede e máis eu, porque vostede sabe máis ou menos o que eu penso, estou seguro que nos vamos a entender magnificamente ben, nos estamos entendendo de feito, pero a maiores hai unha circunstancia real que din os veciños de Gondomar, unha maioría que escoito por alí, din que, ademais teño boa relación, tiña boa relación co anterior alcalde, D. Antonio Araujo e tamén teño co actual alcalde, me parecen dúas persoas interesantes. Pero din que, en Gondomar, que é máis interesante un goberno estable, de 12 concelleiros, non sei, vostede di a militancia de cada un, eu creo que non lle van preguntando pola rúa cal é a militancia, que un goberno de 5. Din, un goberno de 5 non funcionaba, porque claro, eran 12 na oposición, 5 no goberno e iso é insostible, é realmente insostible. Pero iso pasa porque as cousas non se deben facer de espaldas ós cidadáns, porque non deberon nin o Sr. Touriño nin o Sr. Quintana impoñerlle, tendes que votar a Antonio Araujo de Alcalde, e os Socialistas, pois, naquel entón, votaron á Antonio Araujo de Alcalde, porque llo impuxeron de Santiago, despois de que os cidadáns lle deran unha maioría non absoluta a unha lista, que naquel entón era a lista do Partido Popular. Polo tanto, a realidade é, eu podo trasladar o que me trasladan e fan chegar aquí, de que hai un goberno estable, que está funcionando razoablemente ben, probablemente vostedes tamén o houberan feito ben se tiveran maioría, pero, non foi así e polo tanto se dá esa circunstancia. Pero, eu xa digo, non sei, aí vostedes lle preguntaron, vostedes saben que a acta de cada concelleiro, que a ten dende o inicio ata que remata o mandato, pois é acta persoal e figura alí Partido Popular, neste caso, aínda que é intransferible ata que remata a lexislatura, xa falta pouco, eu creo que falta pouco, e despois os cidadáns, cando chegue a hora da verdade, que decidan, ¿non?. Iso en relación a ese último apartado. En relación ó outro, que me pregunta a menudo, pola Escola de Música de Vincios, eu creo que vostede supoño que está de acordo en que a poñamos en marcha, quero entender, e polo tanto se vostede está de acordo eu tamén, polo tanto vamos a facer esa actuación que vostede pregunta. Eu xa lle dixen a semana pasada que había contactos avanzados para conseguir financiamento para iso, aparentemente, segundo nos trasladan por parte da Xunta de Galicia tamén, e se fose así e se é finalmente así, pois espero poder firmar un acordo que nos permita levar adiante esta actuación moi demandada, que xa lla demandaran a vostedes tamén, e a nós anteriormente, e que finalmente eu creo que agora se poderá facer. Ou sexa que, xa lle digo, finalmente se cumpren os obxectivos, o seu de non saber ó mellor cal é a militancia, porque o alcalde a verdade é que tivo unha contestación elegante, é dicir, oe, pois corresponde á vida privada. Pois cada un decide onde milita. Polo tanto, pois aí non hai moito máis que dicir, e o importante, que eu creo que é o que os veciños valoran, é que o goberno funcione, e en principio o que din, maioritariamente, o goberno de Gondomar, porque ademais compóñeno 12 concelleiros de 5, imaxínense de 17, perdón, 5 na oposición e 12 no goberno, é un goberno amplo, cunha maioría suficiente para sacar adiante os problemas de Gondomar. Eu non sei se lle din resposta a todo o que máis ou menos me preguntaba, porque somos bastante coincidentes aínda que con plantexamentos distintos, pero, vamos, se ten algunha cousa que engadir eu encantado de contestarlla. Sr. Del Río Iglesias.- Bueno, está ben, xa non lle vou preguntar se vostede representa aquí ó Partido Popular, porque xa sei o que me vai contestar, é dun ámbito privado. Vostede está aquí parece ser que tamén facendo cousas privadas, atendendo á súa conciencia. Ben, e dende logo no manual da teoría política de verdade que van sobrados, mire vostede se van sobrados, para seguir coa palabra os, o goberno de Gondomar, que agora ata se dedican a votarse en contra nas Xuntas de Goberno uns dos outros. Lle pasarei a acta, van tan sobrados que ata o propio goberno votan en contra das súas propostas. En canto á Escola de Música, claro que nós temos moi claro que iso hai que votalo á andar, e a xente da agrupación da Escola de Música tamén o ten moi claro, o problema é que ese goberno tan amplo, tan estable, e tan maravilloso, non o sabe, porque xa lle levan vendido dous proxectos distintos, un día van nun, non lle vou dicir de que partido é, vámolo deixar no ámbito da privacidade, vai outro e lle di, “oes, que tal se facemos isto”, e ó día seguinte vai outro dese goberno maravilloso e estable que fan tantas cousas, e lle di a contraria. Ó mellor vostede que está equidistante e sabe tocar ben de oído, … que estamos na banda, igual saberá ese proxecto que queren facer, se cando menos sabe vostede de cal dos proxectos é, porque ó mellor ten vostede un terceiro proxecto. Pois xa lle digo que ese é o problema de ser tantos e facer tantas cousas. Mire se fixeron cousas, que aínda non fixeron nin o orzamento, con 12 non fixeron nin o orzamento deste ano, e o ano pasado, fixérono e tivo un día de vixencia, 31 de decembro. Bueno, é fantástico, si, si, non vamos a falar doutras cousas, verdade, do ben que o fan e da débeda que neste momento teñen no concello, idem. de lienzo, vostede ó mellor di que falou con D. Antonio Arauxo, ¿sabe cal é o problema?, que vostede non o recibiu en dous anos, e despois creo que por esta casa andan de cando en vez bastantes tránsfugas de Gondomar. ¿E vostede no recibiu?. Primeiro, reclamoullo de palabra, por escrito, eu fíxenlle aquí algún que outro rogo e pregunta, e vostede en dous anos non recibiu ó exalcalde, pero ós dous días de que os tránsfugas están no poder, xa andaban por aquí, iso ás veces está ben, ser consecuente, pero o paso do tempo pon a cada un no seu lugar. E en canto ós cidadáns, como vostede di, dentro de oito meses veremos que pasa, pero dentro de oito meses o BNG vaise presentar e vaille dicir quen somos, vostedes neste momento teñen un goberno en Gondomar que non son ninguén, non de facer cousas, porque non as fixeron, senón nin sequera de dicir o que son. Sr. Presidente.- Xa, home, D. Pauliño, eu entendo ese posicionamento seu, eu acudín con Antonio, o alcalde, a inaugurar unha obra que puxemos en marcha, e polo tanto estiven co alcalde nun par de ocasións, pero bueno, o tema dese pacto antitransfuguismo, que no caso concreto de Gondomar é algo que debemos respectar, porque para iso se firmou ese pacto, probablemente non se comparta moito, porque non é normal o que se dou evidentemente en Gondomar, porque en todo caso, primeiro, a primeira moción de censura se fai cando o segundo e o terceiro se poñen de acordo e pasan por encima do primeiro. Entón, porque a maioría do pobo dixera o que dixera, non, pero bueno, pero eu sei que, xa digo, o proxecto, vamos a poñer en marcha esa actuación, que eu creo que debe roldar os 400.000 euros ou algo así, me soaba, eu creo que é un proxecto que viña ademais da súa etapa, incluso a anterior tamén, ou sexa que, pero o importante é que se faga e nese sentido que saiba que se vai a, eu creo que a facer, e vamos a sacar adiante esa cuestión, espero que consigan o financiamento, e despois vostede e máis eu asistiremos os dous á inauguración da Escola de Música, porque tamén todos contribuímos a iso, dende aquí, e os que estiveron, os que están e os que estarán. Moitas gracias. ¿Algunha cuestión máis?. Levántase a sesión. Moi bos días. Gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición