ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.391
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2014/07/04_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.832/1.2014-07-04_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2014/07/04_Ordinaria

  • Data(s) 2014 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do día catro de xullo do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Gabriel Rodríguez Alonso, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.22278.- ADXUDICACIÓN DOS CONTRATOS DAS OBRAS CORRESPONDENTES Ó PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2013 (POSP 2013). 1ª RELACIÓN DE PROXECTOS A actual crise económica provocou un descenso nos orzamentos municipais que se pon de relevo, entre outros capítulos, nos de investimentos, o que lles impide ós concellos levar a cabo diversas actuacións de interese público dentro do seu marco de competencias. Entre as atribucións que as leis estatais e autonómicas lles encomendan ás Deputacións atópanse a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, como se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Co fin de permitir que os concellos leven a cabo proxectos e actuacións de interese público, ademais de reactivar a economía da provincia impulsando medidas que atenúen a crise, o Pleno da corporación provincial, na súa sesión ordinaria do 7 de agosto de 2013, acordou aprobar as bases reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2013. Por medio deste proxecto apróbase o investimento de 15.000.000 €, que ten por obxecto aumentar o gasto público nos concellos da provincia cunha poboación de entre 1.000 a 50.000 habitantes, tentando dinamizar a curto prazo a actividade económica para incidir directamente na creación de emprego. Os proxectos que se establecen para a súa licitación neste procedemento foron entregados polos concellos que solicitaron acollerse a este Plan Provincial de Obras e Servizos 2013, presentando a documentación esixida na base sétima da convocatoria. A Xunta de Goberno, na sesión do 31 de xaneiro de 2014, aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da execución das obras correspondentes á primeira relación de proxectos do POSP 2013, que se sinalan a continuación: Núm. Obra Orzamento Prazo 1 Rúa Areal (Barro) 67.675,32 2 meses 2 Mellora servizos urbanísticos na Pza. Abraldes, R/ Triana e R/ Bimbio, fase II (Cambados) 66.910,25 4 meses 3 Proxecto de pavimentación de vieiros Espiñeira e Areacova (Cangas) 137.767,18 1 mes 4 Regos superficiais en Taín (Doade), Botos, Catasós e Castro (Vilatuxe) (Lalín) 180.866,21 2 meses 5 Obras de remate dos vestiarios da escola municipal de natación (Mondariz) 110.552,58 2 meses 6 Pavimentación e mellora do firme nos camiños Morforte, Cotorela, Mato, Outeiro e Fonte (Poio) 114.391,67 3 meses 7 Saneamento nos lugares de Vilar, Carracido, Cotriños, Bronllo e Barro (Valga) 140.047,12 6 meses 8 Actuacións de mellora no Pavillón Castelao (Vilagarcía de Arousa) 144.089,73 4 meses 9 Mellora do depósito municipal de augas de Martín (O Rosal) 112.244,83 3 meses 10 Saneamento integral da parroquia de Bugarín, fase II (Ponteareas) 115.683,69 2 meses O anuncio do procedemento aberto para a licitación destas obras aparece publicado no BOP número 24, de 5 de febreiro de 2014. O 13 de decembro de 2013 constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación destas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre A), admitindo a todas as empresas. O 10/03/14 este mesmo órgano, nun acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres “B” destas últimas, correspondentes á documentación técnica avaliable mediante criterios non avaliables a través de fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público (LCSP). O 27/05/14 a Mesa de Contratación, á vista dos informes emitidos polo Servizo de Infraestruturas sobre a documentación técnica presentada polos licitadores, fixo pública a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos, co seguinte resultado: OBRA 1: Rúa Areal (Barro) Empresa licitadora Oferta Control de calidade OBRAS Y CONST. FONTEFRÍA S.L. 44.700,00 € 5,00 % CANALIZACIONES Y CNES SALNES, S.L. 49.162,49 € 4,00 % VIAQUA GESTIÓN INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA, SAU 44.744,01 € 5,00 % COPCISA, S.A. 48.116,60 € 5,00 % HORDESCON, S.L. 46.785,46 € 5,00 % CONSTRUCCIONES OREGA, S.L. 50.264,31 € 5,00 % OBRAS REFORMAS Y SANEAMIENTOS, S.L. 47.540,52 € 5,00 % EIRIÑA, S.L. 50.885,13 € 3,00 % MONCOSA OHS, S.A. 52.686,09 € 1,00 % MOV. ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. 54.252,12 € 3,00 % CANALUGO, S.L. 52.764,17 € 3,00 % CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) 49.162,48 € 3,00 % ABILLEIRA CONSTRUCCIONES Y PROYECTOS AVANZADOS, S.L. 50.219,56 € 3,00 % Vistas as propostas económicas realizadas polas empresas Construcciones Rafer, S.L. e Construcciones E.C. Casas, S.L., ambas foron excluídas, pois ofertaron un prezo superior ó prezo de licitación. Á vista da puntuación obtida obsérvase que as ofertas correspondentes ás empresas Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. e Obras Transportes y Construcciones Fontefría, S.L. poderían conter valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo. Unha vez achegada a documentación requirida ás empresas, o Xefe de Infraestruturas emite informe no que se reflexa que non se atopa o suficientemente xustificada a oferta económica realizada por ambas empresas, polo que se consideran anormais ou desproporcionadas excluíndose da súa valoración, polo que o resultado é o seguinte: Puntuacións obtidas: Empresa licitadora Puntuación do sobre B Puntuación do sobre C Puntuación total HORDESCON, S.L. 36,10 50,00 86,10 CONSTRUCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) 39,28 45,65 84,93 CANALIZACIONES Y CNES. SALNES, S.L. 36,55 46,15 82,70 OBRAS REFORMAS Y SANEAMIENTOS S.L. 33,19 48,94 82,13 CONSTRUCCIONES OREGA, S.L. 36,90 45,10 82,00 COPCISA, S.A. 33,56 48,13 81,69 ABILLEIRA CONSTRUCCIONES Y PROYECTOS AVANZADOS, S.L. 31,67 44,17 75,84 EIRIÑA, S.L. 35,67 40,08 75,75 MONCOSA OHS, S.A. 38,00 24,20 62,20 CANALUGO, S.L. 34,74 26,64 61,38 MOV. ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. 35,77 16,00 51,77 Á vista da puntuación obtida obsérvase que a empresa Hordescon, S.L. (CIF A-32108334) consegue a máxima puntuación. OBRA 2: Mellora servizos urbanísticos na Pza. Abraldes, R/ Triana e R/ Bimbio, fase II (Cambados) Empresa licitadora Oferta Control de calidade CANALIZACIONES Y CNES. SALNES, S.L. 48.053,73 € 4,00% COPCISA, S.A. 49.154,15 € 5,00% CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) 49.132,03 € 3,00 % MOV. ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. 53.638,79 € 3,00 % OBRAS TRANSP. Y CONST. FONTEFRIA, S.L. 45.344,00 € 5,00 % CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 46.455,62 € 3,00 % NEMESIO ORDOÑEZ S.A. 49.734,78 € 3,00 % EXCAVACIONES Y TRANPORTES MANUEL RODRIGUEZ, S.L. 45.500,00 € 5,00 % ABILLEIRA CONSTRUCCIONES Y PROYECTOS AVANZADOS, S.L. 49.651,83 € 3,00 % VIAQUA GESTIÓN INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA SAU 49.767,95 € 3,00 % 2000 JOSCON CONSTRUCCIONES S.L. 46.290,00 € 3,00 % Puntuacións obtidas: Empresa licitadora Puntuación do sobre B Puntuación do sobre C Puntuación total CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 35,00 47,74 82,74 EXCAVACIONES Y TRANSPORTES MANUEL RODRIGUEZ S.L. 32,66 49,82 82,48 CANALIZACIONES Y CNES. SALNES, S.L. 35,59 46,44 82,03 OBRAS TRANSP. Y CONST. FONTEFRIA S.L. 31,66 50,00 81,66 CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) 34,09 44,72 78,81 2000 JOSCON CONSTRUCCIONES S.L. 30,26 47,93 78,19 NEMESIO ORDOÑEZ S.A. 33,02 44,04 77,06 COPCISA S.A. 31,20 45,69 76,89 VIAQUA GESTION INTEGRAL DE AUGAS DE GALICIA SAU 32,00 44,00 76,00 ABILLEIRA CONSTRUCCIONES Y PROYECTOS AVANZADOS, S.L. 31,40 44,13 75,53 MOV. ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA S.L. 37,50 16,00 53,50 A empresa Construcciones Rafer, S.L. (CIF B-36052720) consegue a máxima puntuación e se lle require para presentar a documentación que corresponde conforme establece o art. 151 do RDL 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público. OBRA 3: Proxecto de pavimentación de vieiros Espiñeira e Areacova (Cangas). Empresa licitadora Oferta Control de calidade MOV. ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. 99.055,74 € 3,00% OBRAS TRANSP. Y CONST. FONTEFRÍA, S.L. 91.100,00 € 5,00 % CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) 101.219,02 € 3,00 % Á vista da puntuación obtida obsérvase que a oferta da empresa Obras Transportes y Construcciones Fontefría, S.L. podería conter valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo. Unha vez aportada a documentación requirida á empresa, o Xefe de Infraestruturas emite informe no que se reflicte que non se atopa o suficientemente xustificada a oferta económica realizada pola empresa, polo que se considera anormal ou desproporcionada excluíndose da súa valoración, polo que o resultado é o seguinte: Puntuacións obtidas: Empresa licitadora Puntuación do sobre B Puntuación do sobre C Puntuación total CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) 44,00 45,83 89,83 MOV. ARIDOS Y CONSTRUCCIONES AROSA, S.L. 39,13 49,00 88,13 Resultando a empresa Construcciones Obras y Viales, S.A. (CIF A-36008886) a que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa. OBRA 4: Regos superficiais en Taín (Doade), Botos, Catasós e Castro (Vilatuxe) (Lalín). Empresa licitadora Oferta Control de calidade CONSTRUCCIONES PONDIANO NIETO, S.L. 133.033,83 € 1,00 % EULOGIO VIÑAL OBRAS Y CONSTRUCCIONES, S.A. 123.915,78 € 5,00 % MOV.ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. 140.507,67 € 3,00 % OBRAS TRANSP. Y CONSTRUC. FONTEFRÍA, S.L. 127.100,00 € 5,00 % AGLOMERADOS Y CONSTRUCCIONES VALDEORRAS, S.A. 113.900,00 € 5,00% CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 129.900,00 € 3,00 % NEMESIO ORDOÑEZ, S.A. 134.483,75 € 3,00 % CONSTRUCCION PÚBLICA GALLEGA, S.L. (COPUGA) 122.570,35 € 4,00 % JOSE NO MARTIÑAN E HIJOS, CNES. S.A. 122.570,49 € 5,00 % Puntuacións obtidas: Empresa licitadora Puntuación do sobre B Puntuación do sobre C Puntuación total CONSTRUCCION PUBLICA GALLEGA, S.L. (COPUGA) 34,48 47,40 81,88 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 36,68 45,12 80,48 AGLOMERADOS Y CONSTRUCIONES VALDEORRAS, S.A. 30,48 50,00 79,15 JOSE NO MARTIÑAN E HIJOS, CNES. S.A. 31,25 47,90 79,15 EULOGIO VIÑAL OBRAS Y CONSTRUCCIONES, S.A. 30,77 47,57 78,34 OBRAS TRANSPORTES Y CONST. FONTEFRÍA, S.L. 30,67 46,80 77,47 NEMESIO ORDOÑEZ, S.A. 31,66 44,01 75,67 CONSTRUCCIONES PONCIANO NIETO, S.L. 33,26 41,36 74,62 MOV. ARIDOS Y CONTRUCCIONES AROSA, S.L. 34,50 28,00 62,50 Resultando a empresa Construcción Públiga Gallega, S.L. (COPUGA) (CIF B-15651060) a que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa. OBRA 5: Obras de remate dos vestiarios da escola municipal de natación (Mondariz). Empresa licitadora Oferta Control de calidade ABILLEIRA CONSTRUCCIONES Y PROYECTOS AVANZADOS, S.L. 80.728,20 € 5,00 % BESPI CONSTRUCCIONES, S.L. 84.856,66 € 3,00 % CANALUGO, S.L. 79.935,05 € 3,00 % CIVIS GLOBAL, S.L. 81.722,00 € 3,00 % CONSERVÍA REHABILITACIÓN Y SERVICIOS, S.L. 78.976,57 € 4,00 % CONSTRUCCIONES ABAL, S.A. 77.316,16 € 3,01 % CONSTRUCCIONES ALEA, S.L. 83.800,68 € 5,00 % CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) 88.167,97 € 3,00 % CONSTRUCCIONES OREGA, S.L. 78.729,88 € 5,00 % CNES. VALE, S.L. 81.041,44 € 5,00 % CONSTRUCCIONES VIDAL SALVATIERRA, S.L. 77.650,00 € 5,00 % CONSTRUCCIONES VILA-MIÑO, S.A. 77.660,90 € 3,00 % CONSTRUCTORA EDISERPO, S.L. 81.210,59 € 5,00 % COPCISA, S.A. 76.591,92 € 5,00 % EIRIÑA, S.L. 81.023,16 € 3,00 % NAROM, S.L. 75.952,36 € 5,00 % XESTIÓN AMBIENTAL DE CONTRATAS, S.L. 77.204,07 € 5,00 % Puntuacións obtidas: Empresa licitadora Puntuación do sobre B Puntuación do sobre C Puntuación total XESTIÓN AMBIENTAL DE CONTRATAS, S.L. 41,87 49,00 90,87 NAROM, S.L. 39,34 50,00 89,34 CONSTRUCCIONES ABAL, S.A. 38,14 47,92 86,06 CONSTRUCCIONES OREGA, S.L. 38,00 47,79 85,79 CONSTRUCCIONES EDISERPO, S.L. 38,73 45,81 84,54 COPCISA, S.A. 34,67 49,49 84,16 CONSTRUCCIONES VILA-MIÑO, S.A. 36,24 47,64 83,88 CANALUGO S.L. 38,02 45,83 83,85 CIVIS GLOBAL, S.L. 38,87 44,36 83,23 CNES. VALE, S.L. 35,82 45,95 81,77 ABILLEIRA CONSTRUCCIONES Y PROYECTOS AVANZADOS, S.L. 34,40 46,17 80,57 CONSERVIA REHABILITACIÓN Y SERVICIOS, S.L. 32,36 47,09 79,45 CONSTRUCCIONES VIDAL SALVATIERRA, S.L. 30,57 48,65 79,22 EIRIÑA, S.L. 32,37 44,96 77,33 CONSTRUCCIONES ALEA, S.L. 34,36 38,12 72,48 BESPI CONSTRUCCIONES S.L. 34,19 32,50 66,69 CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) 31,90 18,00 49,90 Resultando a empresa Xestión Ambiental de Contratas, S.L. (CIF B-36746584) a que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa. OBRA 6: Pavimentación e mellora do firme nos camiños Morforte, Cotorela, Mato, Outeiro e Fonte (Poio). Empresa licitadora Oferta Control de calidade NAROM, S.L. 78.589,91 € 4,00 % EIRIÑA, S.L. 83.458,65 € 3,00 % CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) 82.863,05 € 3,00 % CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. 87.353,64 € 3,00 % MOV.ARIDOS Y CONSTRUCIONES DE AROSA, S.L. 88.866,26 € 3,00 % OBRAS TRANSPORTES Y CONST. FONTEFRÍA, S.L. 77.521,00 € 5,00 % CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 79.400,00 € 3,00 % VIAQUA, GESTIÓN INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA, SAU 85.084,71 3,00 % Á vista da puntuación obtida obsérvase que a oferta da empresa Obras Transportes y Construcciones Fontefría, S.L. podería conter valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo. Unha vez aportada a documentación requirida á empresa, o Xefe de Infraestruturas emite informe no que se reflexa que non se atopa o suficientemente xustificada a oferta económica realizada pola empresa, polo que se considera anormal ou desproporcionada excluíndose da súa valoración polo que o resultado é o seguinte: Puntuacións obtidas: Empresa licitadora Puntuación do sobre B Puntuación do sobre C Puntuación total NAROM, S.L. 37,87 49,50 87,37 CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) 40,92 45,71 85,29 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 36,91 48,38 85,29 EIRIÑA, S.L. 40,00 45,25 85,25 VIAQUA GESTIÓN INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA, SAU 30,50 44,00 74,50 CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. 36,83 34,40 71,23 MOV. ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. 38,12 28,00 66,12 Resultando a empresa Narom, S.L. (CIF B-36163418) a que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa. OBRA 7: Saneamento nos lugares de Vilar, Carracido, Cotriños, Bronllo e Barro (Valga) Empresa licitadora Oferta Control de calidade ATLANTICA DE CONSTRUCCIÓN Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 101.680,41 € 3,00 % CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) 102.431,16 € 5,00 % ESPINA Y DELFIN, S.L. 101.852,45 € 5,00 % CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 96.065,00 € 3,00 % EXCAVACIONES Y CONTRUCCIONES MANUEL PÉREZ PORTELA, S.L. 100.116,34 € 1,00 % EXCAVACIONES Y TRANPORTES MANUEL RODRIGUEZ, S.L. 93.750,00 € 5,00 % OBRAS TRANSP. Y CONST. FONTEFRÍA, S.L. 92.595,00 € 5,00 % CONSTRUCCIÓN PÚBLICA GALLEGA, S.L. (COPUGA) 96.051,59 € 4,00 % OBRAS REFORMAS Y SANEAMIENTOS, S.L. 95.776,02 € 5,00 % OVIGA-OBRAS Y VIALES DE GALICIA, S.L. 102.000,00 € 3,00 % VIAQUA GESTIÓN INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA, SAU 103.588,57 € 5,00 % NAROM, S.L. 96.030,65 € 5,00 % CONSTRUCCIONES IGLESIAS MERA, S.L. 97.778,35 € 5,00 % HORDESCON, S.L. 94.502, 88 € 5,00 % ESPINA OBRAS HIDRAULCAS, S.A. 95.370,93 € 5,00 % T.A. ISIDRO HERMANOS BLANCO TRIGO, S.L. 98.380,20 € 2,00 % Puntuacións obtidas: Empresa licitadora Puntuación do sobre B Puntuación do sobre C Puntuación total NAROM, S.L. 39,25 48,52 87,77 ESPINA Y DELFIN, S.L. 39,47 46,00 85,37 HORDESCON, S.L. 36,19 49,18 85,37 ESPINA OBRAS HIDRAULICAS, S.A. 36,11 48,80 84,91 OBRAS TRANSP. Y CONST. FONTEFRIA, S.L. 34,55 50,00 84,55 CONSTRUCCIÓN PÚBLICA GALLEGA, S.L. (COPUGA) 36,22 48,01 84,23 ATLANTICA DE CONSTRUCCION Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 38,93 45,07 84,00 EXCAVACIONES Y CONTRUCCIONES MANUEL PEREZ PORTELA, S.L. 40,99 42,75 83,74 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 35,85 47,50 83,35 OBRAS REFORMAS Y SANEAMIENTOS, S.L. 34,53 48,63 83,16 CONSTRUCCIONES IGLESIAS MERA, S.L. 34,81 47,76 82,57 VIAQUA GESTION INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA, SAU 37,01 45,25 82,26 CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) 37,01 44,75 81,76 EXCAVACIONES Y TRANSPORTES MANUEL RODRIGUEZ, S.L. 31,99 49,50 81,49 OVIGA-OBRAS Y VIALES DE GALICIA, S.L. 35,57 44,94 80,51 T.A.ISIDRO HERMANOS BLANCO TRIGO S.L. 30,45 45,00 75,45 Resultando a empresa Narom, S.L. (CIF B-36163418) a que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa. OBRA 8: Actuacións de mellora no Pavillón Castelao (Vilagarcía de Arousa) Empresa licitadora Oferta Control de calidade ABILLEIRA CONTRUCCIONES Y PROYECTOS AVANZADOS, S.L. 105.971,45 € 3,00 % CONSTRUCTORA EDISERPO, S.L. 111.143,00 € 3,00 % COPCISA, S.A. 103.208,73 € 5,00 % CONSTRUCCIONES ABAL, S.A. 115.766,63 € 3,01 % CONSTRUCCIONES OREGA, S.L. 112.973,49 € 5,00 % CONSTRUCCIONES VILA-MIÑO, S.A. 101.220,06 € 3,00 % CANALIZACIONES Y CNES. SALNES, S.L. 107.174,18 € 4,00 % OVIGA-OBRAS Y VIALES DE GALICIA S.L. 117.702,48 € 3,00 % CANALUGO, S.L. 112.024,85 € 3,00 % MONDO IBERICA, S.A. 107.057,46 € 3,00 % MOV.ARIDOS Y CONTRUCCIONES DE AROSA, S.L. 113.128,30 € 3,00 % NEMESIO ORDOÑEZ, S.A. 107.150,36 € 3,00 % BESPI CONSTRUCCIONES, S.L. 109.555,82 € 3,00 % Á vista da puntuación obtida obsérvase que as ofertas correspondentes ás empresas Copcisa, S.A. e Construcciones Vila-Miño, S.A. poderían conter valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo. Unha vez aportada a documentación requirida ás empresas, o Xefe de Infraestruturas emite informe no que se reflexa que non se atopa o suficientemente xustificada a oferta económica realizada por ambas empresas, polo que se consideran anormais ou desproporcionadas excluíndose da súa valoración, polo que o resultado é o seguinte: Puntuacións obtidas: Empresa licitadora Puntuación do sobre B Puntuación do sobre C Puntuación total CANALIZACIONES Y CNES. SALNÉS, S.L. 40,00 44,50 84,50 ABILLEIRA CONTRUCCIONES Y PROYECTOS AVANZADOS, S.L. 30,84 49,00 79,84 MONDO IBERICA, S.A. 34,44 44,49 78,93 NEMESIO ORDOÑEZ, S.A. 34,81 44,10 78,91 BESPI CONSTRUCCIONES, S.L. 40,19 36,00 76,19 CONSTRUCTORA EDISERPO, S.L. 39,04 30,67 69,71 CANALUGO, S.L. 35,10 27,71 62,81 CONSTRUCCIONES OREGA, S.L. 34,11 25,52 59,63 MOV.ARIDOS Y CONTRUCCIONES AROSA, S.L. 34,22 24,00 58,22 CONSTRUCCIONES ABAL, S.A. 38,02 15,14 53,16 OVIGA-OBRAS Y VIALES DE GALICIA, S.L. 32,74 8,64 41,38 Resultando a empresa Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. (CIF B-36417533) a que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa. OBRA 9: Mellora do depósito municipal de augas de Martín (O Rosal). Empresa licitadora Oferta Control de calidade OBRAS REFORMAS Y SANEAMIENTOS, S.L. 78.849,67 € 5,00 % ATLANTICO DE CONSTRUCCIÓN Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 86.994,38 € 3,00 % EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES MANUEL PEREZ PORTELA, S.L. 80.704, 96 € 1,00 % ESPINA Y DELFÍN S.L. 81.632,60 € 5,00 % VIAQUA GESTIÓN INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA, SAU 74.211,46 € 5,00 % ESPINA OBRAS HIDRAULICAS, S.A. 83.358,02 € 5,00 % CONSTRUCCIONES Y PROYECTOS ABILLEIRA, S.L. 83.024,07 € 3,00 % HIDROMIÑO, S.L. 81.633,00 € 3,00 % CONSTRUCTORA EDISERPO, S.L. 85.489,00 € 5,00% Á vista da puntuación obtida obsérvase que a oferta da empresa Viaqua gestión integral de aguas de Galicia, SAU, podería conter valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo. Unha vez aportada a documentación requirida á empresa, o Xefe de Infraestruturas emite informe no que se reflexa que non se atopa o suficientemente xustificada a oferta económica realizada pola empresa, polo que se considera anormal ou desproporcionada excluíndose da súa valoración, polo que o resultado é o seguinte Puntuacións obtidas: Empresa licitadora Puntuación do sobre B Puntuación do sobre C Puntuación total HIDROMIÑO, S.L. 43,61 46,00 89,61 ESPINA OBRAS HIDRAULICAS, S.A. 40,71 45,14 85,85 OBRAS REFORMAS Y SANEAMIENTOS, S.L. 35,37 50,00 85,37 ESPINA Y DELFIN, S.L. 38,16 47,00 85,16 EXCAVACIONES Y CONTRUCCIONES MANUEL PEREZ PORTELA, S.L. 39,84 44,00 83,84 CONSTRUCCIONES Y PROYECTOS ABILLEIRA, S.L. 34,69 44,50 79,19 CONSTRUCTORA EDISERPO, S.L. 38,70 36,37 75,07 ATLANTICA DE CONSTRUCCIÓN Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 33,09 28,88 61,97 Resultando a empresa Hidromiño, S.L. (CIF B-36440196) a que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa. OBRA 10: Saneamento integral da parroquia de Bugarín, fase II (Ponteareas). Empresa licitadora Oferta Control de calidade COPCISA, S.A. 82.250,15 € 5,00 % HORDESCÓN, S.L. 77.651,48 € 5,00 % CONSTRUCCIONES OREGA, S.L. 77.249,93 € 4,00 % NAROM, S.L. 78.884,80 € 5,00 % EIRIÑA, S.L. 80.076,23 € 3,00 % CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. 84.133,59 € 3,00 % CANALIZACIONES Y CONSTRUCCIONES SALNES, S.L. 84.076,23 € 4,00 % LANCER PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 77.183,01 € 4,00 % CIVIS GLOBAL, S.L. 83.273,00 € 3,00 % CONSTRUCCIONES VALE, S.L. 83.158,49 € 5,00 % ATLANTICA DE CONSTRUCCIONES Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 84.057,11 € 3,00 % CANALUGO, S.L. 82.419,28 € 3,00 % CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 81.200,00 € 3,00 % MOV.ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. 86.045,72 € 3,00 % EXCAVACIONES Y CONTRUCCIONES PORTELA, S.L. 82.890,71 € 1,00 % VIAQUA GESTIÓN INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA, SAU 76.485,08 € 5,00 % ESPINA Y DELFIN, S.L. 82.221,47 € 5,00 % ESPINA OBRAS HIDRAULICAS, S.A. 75.328,25 € 5,00 % ABILLEIRA CONTRUCCIONES Y PROYECTOS AVANZADOS, S.L. 90.643,96 € 3,00 % CONSTRUCCION PUBLICA GALLEGA, S.L. 79.352,80 € 4,00 % CONSTRUCCIONES BENIGNO ALVAREZ, S.L. 80.294,44 € 3,00 % CONSTRUCCIONES LEMOS MARTINEZ, S.L. 79.849,00 € 3,00 % Puntuacións obtidas: Empresa licitadora Puntuación do sobre B Puntuación do sobre C Puntuación total NAROM, S.L. 35,30 48,34 83,64 VIAQUA GESTIÓN INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA, SAU 32,88 49,46 82,34 CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. 37,41 44,89 82,30 ESPINA OBRAS HIDRAULICAS, S.A. 31,29 50,00 81,29 ESPINA Y DELFIN, S.L. 34,15 46,78 80,93 MOV. ARIDOS Y CONTRUCCIONES DE AROSA, S.L. 36,50 44,00 80,50 LANCER PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 31,58 48,63 80,21 EIRIÑA, S.L. 33,08 46,78 79,86 HORDESCÓN, S.L. 30,48 48,92 79,40 CIVIS GLOBAL, S.L. 33,60 45,29 78,89 CONSTRUCCIONES OREGA, S.L. 30,15 48,60 78,75 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS 32,23 46,26 78,49 CONSTRUCCIÓN PÚBLICA GALLEGA, S.L. 30,77 47,62 78,39 COPCISA, S.A. 31,43 46,77 78,20 CONSTRUCCIONES LEMOS MARTINEZ, S.L. 30,82 46,89 77,71 CONSTRUCCIONES VALE, S.L. 31,23 46,35 77,58 CANALUGO, S.L. 31,31 45,69 77,00 CONSTRUCCIONES BENIGNO ALVAREZ, S.L. 30,12 46,68 76,80 EXCAVACIONES Y CONTRUCCIONES PEREZ PORTELA, S.L. 33,89 42,47 76,36 CANALIZACIONES Y CONSTRUCCIONES SALNÉS, S.L. 30,87 45,42 76,29 ATLANTICA DE CONSTRUCCIONES Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 31,22 44,93 76,15 ABILLEIRA CONTRUCCIONES Y PROYECTOS AVANZADOS, S.L. 31,53 24,76 56,29 Resultando a empresa Narom, S.L. (CIF B-36163418) a que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa. Á vista das puntuacións obtidas as empresas que alcanzan a máxima puntuación son as que se relacionan a continuación, polo que son propostas como adxudicatarias das obras: Núm. de obra Obra Empresa 1 Rúa Areal (Barro) Hordescón, S.L. 2 Mellora servizos urbanísticos na Pza. Abraldes, R/ Triana e R/ Bimbio, fase II (Cambados) Construcciones Rafer, S.L. 3 Proxecto de pavimentación de vieiros Espiñeira e Areacova (Cangas) Construcciones Obras y Viales, S.A. 4 Regos superficiais en Taín (Doade), Botos, Catasós e Castro (Vilatuxe) (Lalín) Construcción Pública Gallega, S.L. 5 Obras de remate dos vestiarios da escola municipal de natación (Mondariz) Xestión Ambiental de Contratas, S.L. 6 Pavimentación e mellora do firme nos camiños Morforte, Cotorela, Mato, Outeiro e Fonte (Poio) Narom, S.L. 7 Saneamento nos lugares de Vilar, Carracido, Cotriños, Bronllo e Barro (Valga) Narom, S.L. 8 Actuacións de mellora no Pavillón Castelao (Vilagarcía de Arousa) Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. 9 Mellora do depósito municipal de augas de Martín (O Rosal) Hidromiño, S.L. 10 Saneamento integral da parroquia de Bugarín, fase II (Ponteareas) Narom, S.L. Mediante resolución presidencial requiríuselle ás empresas mencionadas que (segundo o establecido no art. 151 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o TRLCSP), modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor, dentro do prazo de dez días hábiles, contando desde o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presentasen a documentación, ademais de xustificar que dispón efectivamente dos medios que se compromete a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, así como proceder ó ingreso, na Tesourería da Deputación, da cantidade correspondente á publicación do anuncio do procedemento no BOP. As referidas empresas presentaron a documentación solicitada e acreditaron o depósito das garantías definitivas mediante as cartas de pagamento nas datas e polos importes correspondentes, así coma o ingreso pola publicación do citado anuncio. Núm. de obra Licitador Número de carta de pagamento Data 1 Hordescón, S.L. 201400082698 26/06/14 2 Construcciones Rafer, S.L. 201400082687 26/06/14 3 Construcciones Obras y Viales, S.L. 201400084745 30/06/14 4 Construcción Pública Gallega, S.L. 201400085405 02/07/14 5 Xestión Ambiental de Contratas, S.L. 201400083326 26/06/14 6 Narom, S.L. 201400082847 26/06/14 7 Narom, S.L. 201400082845 26/06/14 8 Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. 201400083514 27/06/14 9 Hidromiño, S.L. 201400083509 27/06/14 10 Narom, S.L. 201400082846 26/06/14 Considerando que a disposición adicional segunda do referido R.d.l. 3/2011 polo que se aproba o TRLCSP, no seu apartado 1, faculta ó presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto destes contratos de obras e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o TRLRFL e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na base 16ª. 2 a), onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e a autorización dos gastos necesarios para a contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicarlle á empresa Hordescon, S.L. (CIF A-32108334) o contrato para a execución da obra “Urbanización calle Areal (Concello de Barro)”, polo seguinte importe: Importe da adxudicación sen IVE 46.785,46 € IVE 9.824,95 € Importe total da adxudicación 56.610,41 € Prazo de execución 1 mes Control de calidade 5,00 % Melloras ofertadas 7.257,75 € Descrición das melloras ofertadas: - Instalación de canalización eléctrica soterrada. - Execución de arquetas para rede eléctrica. - Pavimentación da zona de aparcadoiros da marxe esquerda. 2. Adxudicarlle á empresa Construcciones Rafer, S.L. (CIF B-36052702) o contrato para a execución da obra “Mellora de servizos urbanísticos na praza Abraldes, rúa Triana e rúa Bimbo, fase II, (Concello de Cambados) polo seguinte importe: Importe da adxudicación sen IVE 46.455,62 € IVE 9.755,68 € Importe total da adxudicación 56.211,30 € Control de calidade 3,00 % Prazo de execución 2 meses Melloras ofertadas 3.902,34 € Descrición das melloras: - Redución do prazo de execución. - 648,23 m2 aumento de pavimento peonil HM-25 de 10 a 12 cm. - 648,23 m2 subministro e colocación de mallazo de aceiro 150x150x6 mm. 3. Adxudicarlle á empresa Construcciones Obras y Viales, S.A. (CIF A-36008886) o contrato para a execución da obra “Pavimentación de camiños Espiñeira e Areacova (Concello de Cangas do Morrazo)” polo seguinte importe: Importe da adxudicación sen IVE 101.219,02 € IVE 21.255,99 € Importe total da adxudicación 122.475,01 € Control de calidade 3,00 % Prazo de execución 1 mes Melloras ofertadas 12.160,00 € Descrición das melloras - Redución do prazo de execución - Aumento de espesor da capa de rodadura da calzada nos viais a intervir con 320 - Mestura bituminosa en quente tipo AC-16- surf-50/70-D 4. Adxudicarlle á empresa Construcción Pública Gallega, S.L. (COPUGA) (CIF B-15651060) o contrato para a execución da obra “ Riscos superficiais en Taín (Doade), Botos, Catasós e Castro (Vilatuxe) (Concello de Lalín)”, polo seguinte importe: Importe da adxudicación sen IVE 122.570,35 € IVE 25.739,77 € Importe total da adxudicación 148.310,12 € Prazo de execución 33 días laborables Control de calidade 4,00 % Melloras ofertadas 12.561,00 € Descrición das melloras - Destinadas onde a dirección de obra estime oportuno executar 5. Adxudicarlle á empresa Xestión Ambiental de Contratas, S.L. (CIF B-36746584) o contrato para a execución da obra “Final dos vestiarios da escola municipal de natación (Concello de Mondariz)”, polo seguinte importe: Importe da adxudicación sen IVE 77.204,07 € IVE 16.212,86 € Importe total da adxudicación 93.416,93 € Prazo de execución 2 meses Control de calidade 5,00 % Melloras ofertadas 12.440,00 € 6. Adxudicarlle á empresa Narom, S.L. (CIF B-36163418) o contrato para a execución da obra “Pavimentación e mellora do firme nos camiños Morforte, Cotorela, Mato, Outeiro e Fonte (Concello de Poio)”, polo seguinte importe: Importe da adxudicación sen IVE 75.589,91 € IVE 16.503,88 € Importe total da adxudicación 95.093,79 € Prazo de execución 1 mes Control de calidade 4,00 % Melloras ofertadas 12.290,01 € execución material 7. Adxudicarlle á empresa Narom, S.L. o contrato para a execución da obra “Saneamento nos lugares de Vilar, Carracido, Cotriños, Bronllo e Barro (Concello de Valga)”, polo seguinte importe: Importe da adxudicación sen IVE 96.030,65 € IVE 20.166,44 € Importe total da adxudicación 116.197,09 € Prazo de execución 6 meses Control de calidade 5,00 % Melloras ofertadas 15.625,09 € 8. Adxudicarlle á empresa Canalizaciones y Contrucciones Salnés, S.L. (CIF B-36417533) o contrato para a execución da obra “Actuacións de mellora no Pavillón Castelao (Concello de Vilagarcía de Arousa)”, polo seguinte importe: Importe da adxudicación sen IVE 107.174,18 € IVE 22.506,58 € Importe total da adxudicación 129.680,76 € Prazo de execución 4 meses Control de calidade 4,00 % Melloras ofertadas 16.909,70 € 9. Adxudicarlle á empresa Hidromiño, S.L. (CIF B-36440196) o contrato para a execución da obra “Mellora do depósito municipal de augas de Martín (Concello de O Rosal)”, polo seguinte importe: Importe da adxudicación sen IVE 81.663,00 € IVE 17.142,93 € Importe total da adxudicación 98.775,93 € Prazo de execución 2,5 meses Control de calidade 3,00 % Melloras ofertadas 10.133,92 € sometendo a dispoñibilidade da dirección de obra 10. Adxudicarlle á empresa Narom, S.L. (CIF B-36163418) o contrato para a execución da obra “ Saneamento integral da parroquia de Bugarín, fase II (Concello de Ponteareas)”, polo seguinte importe: Importe da adxudicación sen IVE 78.884,80 € IVE 16.565,81 € Importe total da adxudicación 95.450,61 € Prazo de execución 2 meses Control de calidade 5,00 % Melloras ofertadas 16.826,72 € Estes importes libraranse con cargo á aplicación 2014/942.942.652.45.13 do orzamento provincial correspondente ó exercicio 2014. 2.22279.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA O PROXECTO “INSTALACIÓN DE PISTA DE MADEIRA NO PAVILLÓN DE SEQUELO” PARA O CONCELLO DE MARÍN PERTENCENTE Ó PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (PID 2012) Como consecuencia da actual crise económica produciuse un descenso nos orzamentos municipais, manifestándose especialmente no capítulo de investimentos, o que impide ós concellos levar a cabo diversas actuacións de interese público. Entre as competencias que as Deputacións teñen encomendadas, encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social e, en xeral, a administración dos intereses peculiares da provincia, segundo recolle o artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Co fin de permitir ós concellos levar a cabo os seus proxectos e actuacións de interese público, ademais de reactivar a economía da provincia impulsando medidas que atenúen a crise, o Pleno da corporación provincial, na súa sesión ordinaria do día 28 de setembro de 2012, acordou aprobar unhas bases reguladoras do Plan de investimentos e gastos correntes da Deputación de Pontevedra para o ano 2012. Este plan conta cun investimento total de 18.000.000 de euros, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos concellos da Provincia de Pontevedra cunha poboación de entre 1.000 a 50.000 habitantes. O Concello de Marín solicitou acollerse a este programa, e presentou a documentación esixida na base sétima das bases reguladoras do Plan de investimentos e gastos correntes da Deputación de Pontevedra para o ano 2012, para a instalación de pista de madeira no pavillón de Sequelo. Mediante acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión ordinaria do día 14 de marzo de 2014, aprobouse o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da instalación de pista de madeira no pavillón de Sequelo, Marín. (PID 2012), cun orzamento de 46.000,00€, máis a cantidade de 9.660,00€ correspondentes ó 21% de IVE. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 58 de data 25 de marzo de 2014. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 28 de abril de 2014, para cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 29 de abril de 2014, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados por estas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que con data 26 de maio de 2014, o Director de Infraestruturas emite informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas polas empresas admitidas ó procedemento aberto. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 29 de maio de 2014, procedeu á apertura dos sobres “C”, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: Empresa Puntuación sobre “B” Puntuación sobre “C” Puntuación total Mondo Ibérica, S.A. 48,00 27,811 75,811 Equipamentos Deportivos 42,00 29,518 71,518 Resultando que mediante Resolución Presidencial núm. 2014016544 de data 29 de maio de 2014 requiríuselle á empresa Mondo Ibérica, S.A. (CIF: A-50308139), que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que tivese recibido este requirimento, presente a documentación xustificativa de acharse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se tivese comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 2.042,50€, de acordo co disposto no art. 151 do TRLCSP. Resultando que a empresa Mondo Ibérica, S.A. (CIF: A-50308139), presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 2.042,50€, que foi depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201400075555, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do TRLCSP, procede adxudicar o contrato. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, faculta a esta Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministro, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial do exercicio 2013, concretamente na base 16ª, 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para a contratación de subministros que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar á empresa Mondo Ibérica, S.A. (CIF: A-50308139), o contrato de subministro para a instalación de pista de madeira no pavillón de Sequelo (Marín), de acordo co seguinte detalle: - Importe (IVE excluído) 40.850,00€ - IVE (21%) 8.578,50€ - Importe total (IVE incluído) 49.428,50€  Prazo de entrega: 5 días.  Prazo de garantía: 7 anos.  Melloras: o Remate perimetral. o Execución aros e tapas en pavimentado de madeira subministrado para posibles anclaxes e/ou cableado (non inclúe a obra civil en soleira preexistente). o Pintado e sinalización de catro pistas de xogo: baloncesto, balonmán, voleibol e fútbol sala. O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 14/942.942.652.45.2012. 3.22280.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “ENSANCHE EP 2906 OS VALOS-GUIZÁN, PK 1+140 A 2+620 (REDONDELA)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 13/12/2013, prestou aprobación a un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Redondela co obxecto de levar a cabo a execución da obra “Ensanche E.P. 2906 Os Valos-Guizán, PK 1+140 a 2+620 (Redondela)”. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 31/01/2014, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra de “Ensanche E.P. 2906 Os Valos-Guizán, PK 1+140 a 2+620 (Redondela)”, con orzamento de 855.912,54 €, máis a cantidade de 179.741,63 €, correspondente ó IVE. Resultando que o día 7/03/2014, constituíuse a Mesa de Contratación procedendo ó estudo da documentación administrativa contida nos sobres “A”, admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que o día 10/03/2014, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como admitidas, procedendo á apertura dos sobres “B”, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que o día 23/06/2014, unha vez avaliada a documentación técnica, procedeuse á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas, co seguinte resultado: Licitador Puntuación sobre “B” Oferta % control calidade Construccións, Obras e Viais, S.A. 44,00 709.551,49 3,00 UTE Petrolam A Veiga, S.L. - Extraco, S.A. 38,25 699.879,68 5,00 Excavaciones y Construcciones Pérez Portela, S.L. 37,05 706.127,84 3,00 Civis Global, S.L. 36,94 717.255,00 3,00 Narom, S.L. 36,19 698.681,40 5,00 Construcciones Taboada y Ramos, S.L. 35,40 697.500,00 3,00 UTE Const. Castro Figueiro, S.L.U. - Prace Servicios y Obras, S.A.- Asfagal, S.L. 34,34 697.568,73 5,00 F. Gómez y Cía, S.L. 34,16 698.000,00 5,00 Copcisa, S.A. 33,33 703.816,88 5,00 Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. 32,82 725.385,88 4,00 Construcciones Vale, S.L. 32,54 761.762,16 3,10 Construcciones Ponciano Nieto, S.L. 32,52 695.942,49 5,02 Hordescon, S.L. 31,69 700.564,41 5,00 Obras, Pavimentos e Instalaciones Industriales, S.L. 31,39 711.177,73 5,00 Lancer, Proyectos y Obras, S.A. 31,32 690.978,19 4,00 Aglomerados y Construcciones Valdeorras, S.A. 30,23 628.239,80 5,00 Resultando que valoradas as ofertas obtense a seguinte puntuación: Licitador Puntuación sobre “B” Puntuación sobre “C” Puntuación total Construccións, Obras e Viais, S.A. 44,00 44,91 88,91 UTE Petrolam A Veiga, S.L.-Extraco, S.A. 38,25 46,39 84,64 Narom, S.L. 36,19 46,45 82,64 Excavaciones y Construcciones Pérez Portela, S.L. 37,05 45,08 82,13 Civis Global, S.L. 36,94 44,52 81,46 Construcciones Taboada y Ramos, S.L. 35,40 45,51 80,91 UTE Const. Castro Figueiro, S.L.U.-Prace Servicios y Obras, S.A.- Asfagal, S.L. 34,34 46,51 80,85 F. Gómez y Cía, S.L. 34,16 46,49 80,65 Aglomerados y Construcciones Valdeorras, S.A. 30,23 50,00 80,23 Copcisa, S.A. 33,33 46,19 79,52 Construcciones Ponciano Nieto, S.L. 32,52 46,59 79,11 Hordescon, S.L. 31,69 46,36 78,05 Lancer, Proyectos y Obras, S.A. 31,32 46,34 77,66 Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. 32,82 44,61 77,43 Obras, Pavimentos e Instalaciones Industriales, S.L. 31,39 45,82 77,21 Construcciones Vale, S.L. 32,54 33,38 65,92 Resultando que Construccións, Obras e Viais, S.A. obtén a máxima puntuación a Mesa de Contratación propón requirir á dita empresa para que presente a documentación xustificativa de estar ó corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ó adscribir a execución da obra, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5,00 % do orzamento de adxudicación excluído o IVE, así como proceder ó ingreso na Tesourería da Deputación da cantidade de 97,65 € correspondente á publicación do anuncio de licitación no BOP, propondo, unha vez cumprimentado o requirimento, a adxudicación da obra. Resultando que Construccións, Obras e Viais, S.A, atendendo ó requirimento formulado mediante resolución nº2014019188, presentou a documentación requirida, así como a garantía definitiva por importe de 35.477,58 €, segundo acredita mediante carta de pago nº201400084748, de data 30/06/2014, e que ingresou a cantidade de 97,65 € correspondente á publicación do anuncio do procedemento no BOP. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Construccións, Obras e Viais, S.A. (CIF nº A-36008886) a obra “Ensanche E.P. 2906 Os Valos-Guizán, PK 1+140 a 2+620 (Redondela)”, de acordo co seguinte detalle: Importe, sen IVE 709.551,49 € IVE 149.005,81 € Importe total 858.557,30 € Prazo de execución Tres meses Melloras ofertadas 179.520,80 € Control de calidade 3,00 % 4.22281.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MOS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “REAFIRMADO VIAIS PÚBLICOS NAS PARROQUIAS DE LOUREDO, MOS E DORNELAS”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Mos no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14) polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Reafirmado viais públicos parroquias Louredo, Mos e Dornelas”; e á vista dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Mos con CIF núm. P3603300I, a cantidade de cento quince mil trescentos cincuenta e un euros con trinta e oito céntimos (115.351,38 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00981/201400092), denominado “Reafirmado viais públicos parroquias Louredo, Mos e Dornelas”, cun orzamento polo mesmo importe (115.351,38 €). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 5.22282.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MOS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “REAFIRMADO VIAIS PÚBLICOS NAS PARROQUIAS DE SANGUIÑEDA E PEREIRAS”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Mos no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14) polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Reafirmado viais públicos parroquias Sanguiñeda e Pereiras”; e á vista dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Mos con CIF núm. P3603300I, a cantidade de setenta e un mil setecentos noventa e catro euros con catro céntimos (71.794,04 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00981/201400091), denominado “Reafirmado viais públicos parroquias Sanguiñeda e Pereiras”, cun orzamento polo mesmo importe (71.794,04€). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 6.22283.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SILLEDA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “MELLORA VÍAS TITULARIDADE MUNICIPAL: PONTE, DORNELAS, ANDAMOLLO, FONTEFRÍA, SIADOR E CIRA”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Silleda no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14) polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Mellora vías titularidade municipal: Ponte, Dornelas, Andamollo, Fontefría, Siador e Cira”; e á vista dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Silleda con CIF núm. P3605200I, a cantidade de cento trinta e sete mil cincocentos trinta e nove euros con trinta céntimos (137.539,30 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00714/201400090), denominado “Mellora vías titularidade municipal: Ponte, Dornelas, Andamollo, Fontefría, Siador e Cira”, cun orzamento polo mesmo importe (137.539,30 €). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 7.22284.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILAGARCÍA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “REPARACIÓN DE BEIRARRÚAS E CALZADA NA AVENIDA RODRIGO DE MENDOZA”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Vilagarcía de Arousa no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14) polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Reparación de beirarrúas e calzada na Avenida Rodrigo de Mendoza”; e á vista dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Vilagarcía de Arousa con CIF núm. P3606000B, a cantidade de cento dezaoito mil setecentos sesenta e oito euros con oitenta e nove céntimos (118.768,89 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00989/201400085), denominado “Reparación de beirarrúas e calzada na Avenida Rodrigo de Mendoza”, cun orzamento polo mesmo importe (118.768,89 €). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 8.22285.- DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. CARLOS FONTÁN DOMÍNGUEZ EN REPRESENTACIÓN DE GENERALI ESPAÑA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. POR LESIÓNS E DANOS EN VEHÍCULO NA EP 2005 NO CONCELLO DE VIGO Dada conta que con data de rexistro 27/08/13 (rex. núm. 2013071450) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por Don Carlos Fontán Domínguez en representación de Dª. Mª. Jesús Pereira Bernárdez, con enderezo a efectos de notificacións na rúa Urzáiz, 11- 2º, no Concello de Vigo, por lesións e danos en vehículo padecidos a consecuencia da existencia dunha árbore que atravesaba a estrada E.P. 2005 Meixueiro-Cuvi, no Concello de Vigo, o día 27/08/12, e que individualizou economicamente en 901,25 €. Resultando.- Que con data 13/09/13, D. Carlos Fontán Domínguez comunica a renuncia de Dona Mª. Jesús Pereira de continuar coa reclamación, subrogándose a mercantil Generali España de Seguros y Reaseguros, S.A. nos dereitos e accións que puideran corresponderlle en virtude da póliza de seguros subscrita con ela. Resultando.- Que con data 06/11/13 e en virtude do artigo 78.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, abriuse o período relativo ós actos de instrución do procedemento, conferíndose ó reclamante un prazo de 30 días para que aportara todos os informes médicos dos que dispuxera, así como o informe médico de alta, en canto a mesma se producira, e cuantificase economicamente as lesións padecidas, aportando unicamente, xunto con escrito de data de entrada 12/12/13, os seguintes documentos: 1. Fotocopia do que semella ser un informe de alta médica de data 04/09/12, sen referencia algunha do centro médico que o expediu nin firma do facultativo. 2. Fotocopia dunha factura emitida polo 061 Urxencias Sanitarias a cargo de Generali Seguros, de data 04/09/12, e importe de 275 €. 3. Fotocopia dunha factura emitida polo Sanatorio Concheiro de Vigo a cargo de Generali, de data 20/09/12, e importe de 200,40 €. Resultando.- Que con data 13/12/13 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu na data 23/01/14 co seguinte contido: “Primero.- El vial en el que se produce el siniestro, E.P. 2005 Meixueiro-CUVI, pertenece a la red provincial de carreteras. Segundo.- Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “existencia de un árbol cruzado en la calzada”, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. No hubo aviso por parte de los Servicios de emergencias, ni se llevó a cabo salida de la brigada de guardia para atender el mantenimiento de dicho vial. Tercero.- Realizada visita de inspección al lugar del siniestro referenciado, por parte del vigilante de zona del Servicio de Infraestructuras, se ha podido comprobar: a) Que en el tramo de carretera en le que se produjo el accidente existe, entre otras, señalización horizontal de limitación de velocidad. b) Que en el tramo de carretera en el que ocurrió el accidente se encuentra señalizada la existencia de un tecor societario, San Cipriano, de la Xunta de Galicia, Consellería de Medio Rural, lo que obliga, igual que la señalización anteriormente mencionada, a extremar las precauciones en la conducción. c) De la inspección realizada no se ha podido determinar la veracidad de la existencia de la caída de ningún árbol debido al tiempo transcurrido. Cuarto.- Del análisis de las circunstancias que rodearon el accidente y la documentación aportada en el expediente objeto del presente informe, concretamente el atestado policial, ponen de manifiesto que no existía ningún árbol en la calzada en el momento del accidente ya que, de lo contrario, sería prácticamente imposible que el conductor lo hubiese retirado antes de la llegada de la unidad de tráfico que redacta dicho atestado y donde hace constar que “a la llegada de la fuerza instructora el árbol ya está fuera de la vía”. Resultando.- Que con data 28/01/14 e con fundamento no artigo 4.1 c), da Lei 30/92, solicitouse información complementaria á Garda Civil de Tráfico- Destacamento de O Porriño, relativa ás intervencións realizadas para retirar a árbore, contestando na data 24/02/14 o seguinte: “Se informa que como consecuencia de personarse en el lugar del accidente los Agentes con posterioridad a la ocurrencia del mismo, no puede determinarse por parte de éstos quién retiró el árbol de la calzada antes de la llegada de los mismos”. Resultando.- Que con data 26/02/14 solicitouse informe complementario ó Servizo de Infraestruturas, informando na data 03/03/14 o seguinte: “Primero. Con respecto a su petición de aclaración de la causa que motiva el accidente referenciado, en nuestro informe de fecha 23 de xaneiro de 2014, en el punto cuarto del mismo, hacemos constar, de manera explícita, que, de los datos recabados por el personal técnico del Servicio y de la documentación que obra en los archivos de actuaciones de las brigadas de conservación, no tenemos constancia de la existencia, en ningún momento, de un árbol en la calzada del tramo E.P. 2005 señalado, el día 27 de agosto de 2012. El atestado policial, como se señala en los comentarios de cierre del mismo, hace constar que “…según manifiesta el conductor, éste se encuentra un pino tirado en la calzada y su vehículo choca contra el mismo…”, “…a la llegada de la fuerza instructora el árbol se encuentra fuera de la vía…” Lo habitual en dichas situaciones es que, de existir un árbol en la calzada que impida o dificulte la circulación o provoque una situación de riesgo para la seguridad vial, se dé aviso a los servicios de Diputación que activan el protocolo establecido para que, la brigada de conservación de carreteras proceda a su retirada. No consta ningún aviso o actuación en este caso. Reiteramos lo señalado en el punto cuarto del informe. Consideramos, dadas las circunstancias, prácticamente imposible que la conductora del vehículo pudiese retirarlo, por sus propios medios, antes de la llegada del destacamento de tráfico. Todo ello parece llevar a la conclusión de que resulta difícil constatar la afirmación de la causa del accidente como existencia del árbol caído en la calzada. Otra cosa es que éste se encontrase fuera de la misma, en la zona de protección. Segundo. De acuerdo con los datos recabados la propiedad situada en el p.k. 1,7 de la E.P. 2005 Meixueiro-CUVI, en el sentido referenciado como punto del accidente, según certificación catastral de fecha 3 de marzo de 2014, es un tramo de monte, parte del Tecor Societario San Cipriano, y que es propiedad de la Entidad Local Menor de Bembrive. Se adjunta dicha certificación. Tercero. Esta propiedad se encuentra a 2,00 metros de la arista exterior de la explanación, que en este caso coincide con la “cabeza del talud”. Se adjunta documentación fotográfica. Cuarto. En el tramo señalado existe señalización de prohibido adelantar y señalización horizontal de línea continua”. Resultando.- Que con data 07/03/14 e con fundamento nos artigos 31.1, apartados “b” e “c”, e 79.1 da Lei 30/92, emprazouse á Entidade Local Menor de Bembrive para que puidera comparecer coma interesada e facer as alegacións que tivera por convenientes, solicitando o seu secretario en conversa telefónica o día 12 de marzo de 2014, certificación catastral da finca e fotografías do lugar do que se desprendeu a árbore, sen que presentara posteriormente alegación ningunha. Resultando.- Que con data 12/03/14 e con fundamento nos artigos 31.1, apartados “b” e “c”, e 79.1 da Lei 30/92, emprazouse ó Tecor Societario San Cipriano para que puidera comparecer coma interesado e facer as alegacións que tivera por convenientes, contestando en escrito de data 21/03/14 o que sigue: “Informarles que el Tecor San Cipriano- PO-10.004, no tiene titularidad de los montes en los que está ubicado (Bembrive, Beade y Zamanes), únicamente el aprovechamiento cinegético, por ello entendemos no se puede pretender imputarnos responsabilidad alguna en el hecho que se menciona en el expediente por parte de la cía. Generali”. Resultando.- Que con data 08/04/14 e con fundamento nos artigos 31.1, apartados “b” e “c”, e 79.1 da Lei 30/92, e ante a falta de resposta da Entidade Local Menor de Bembrive ó emprazamento efectuado o 7 de marzo anterior, reiteróuselle o mesmo, presentando escrito na data 24/04/14 co seguinte contido literal: “Ante a dúbida de que esta Entidade Local Menor teña responsabilidade algunha no asunto, comparece como interesada en tempo e forma, solicitando desa Administración copia da citada reclamación e resto de documentos que conforman o correspondente expediente”. A documentación solicitada foi remitida na data 02/05/14, transcorrendo o prazo conferido para facer alegacións o día 18 de maio de 2014, sen que tivera feito uso deste dereito ata o de agora. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93, en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, e isto polos seguintes argumentos: 1. A reclamante non achega ningún principio de proba ó expediente que permita demostrar a veracidade do relatado, somentes aporta a súa manifestación subxectiva acerca do acaecido, sendo xurisprudencia reiterada do T.S. a que establece a carga que incumbe á parte interesada de pór a disposición do instrutor do procedemento un mínimo principio probatorio, non quedando probado nin cos informes da Garda Civil de Tráfico nin cos do Servizo de Infraestruturas que a colisión se tivera producido contra unha árbore que ocupaba a calzada. Do mesmo xeito, o informe médico de alta é unha fotocopia sen firma de ningún facultativo e sen membrete nin referencia ningunha de centro de saúde. 2. Contraposto ó anterior, o acervo informativo da Administración tradúcese en diversos informes, por exemplo, os informes do Servizo de Infraestruturas, e da Garda Civil de Tráfico de O Porriño, os cales ou ben non tiveron coñecemento do acaecido ou ben non puideron informar acerca da retirada da árbore, pois a mesma estaba fóra da vía unha vez personada a forza instrutora no lugar. 3. O informe estadístico Arena fai referencia a que era de noite e a superficie estaba mollada, o que obriga ós condutores a extremar as precaucións, sendo a sinalización vertical boa. 4. O mesmo se desprende do informe de infraestruturas de data 23/01/14, o cal fai referencia á sinalización de limitación de velocidade e de presenza de Tecor Societario, que obrigan asemade a extremar as precaucións na condución. 5. Do mesmo xeito, o Servizo de Infraestruturas, no seu informe complementario de data 03/03/14, reitera que “no tenemos constancia de la existencia, en ningún momento, de un árbol en la calzada del tramo señalado (…), cuando lo habitual en dichas situaciones es que, de existir un árbol en la calzada que impida o dificulte la circulación o provoque una situación de riesgo para la seguridad vial, se dé aviso a los servicios de Diputación que activan el protocolo establecido para que la brigada de conservación de carreteras proceda a su retirada”. 6. Parece pouco probable que o condutor e a acompañante puideran retirar por sí mesmos unha árbore que ocupa a estrada. 7. Non se produciron máis accidentes pola mesma causa. Feitos estes que fan difícil que se poida demostrar o acontecido e que conclúen, en definitiva, coa pouca sostenibilidade da versión do reclamante. Considerando.- Que transcorreu o prazo para resolver na data 13/03/14, por estar pendente na Asesoría Xurídica desta Deputación a presentación de alegacións por parte da Entidade Local Menor de Bembrive, co conseguinte transcurso de 33 días, non imputables a esta Administración, que cabe sumar ó prazo de resolución en virtude do artigo 42.5 a) da Lei 30/92. Considerando.- A maiores, e tendo en conta as circunstancias que concorren, tales como que a superficie estaba mollada, que era de noite e o condutor circulaba por unha zona boscosa, este estaría obrigado a extremar as precaucións e adecuar a velocidade ás circunstancias da vía. Así se establece no artigo 45 do R.d. 1428/2003, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación, “Todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta, además, sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a ellas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse”, polo que de terse acreditado polo reclamante a produción do sinistro, a solicitude tería sido rexeitada igualmente. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar dita reclamación. 9.22286.- DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. CÉSAR A. OUTERELO GONZÁLEZ EN REPRESENTACIÓN DE D. MARCELINO UCHA DURÁN POR LESIÓNS E DANOS EN VEHÍCULO NA EP 2900 NO CONCELLO DE REDONDELA Dada conta que con data de rexistro 27/11/13 (rex. núm. 2013110142) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por D. César A. Outerelo González en representación de D. Marcelino Ucha Durán, con enderezo a efectos de notificacións na rúa República Arxentina, 20- 5º, Oficinas 27 e 28, por lesións e danos en vehículo producidos a consecuencia da existencia dun socavo na E.P. 2900 Redondela-Ventosela (rúa Eidos), no Concello de Redondela, o día 04/09/13 e que individualizou economicamente en 2.567,27 €. Resultando.- Que con data 19/12/13 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas da Deputación, que o emitiu en data 10/02/14 co seguinte contido: “Primero.- El punto referenciado como lugar del accidente se encuentra en un tramo de la E.P. 2900 Redondela-Ventosela, incluida en el catálogo de Carreteras de la Diputación de Pontevedra. Segundo.- Por parte de este Servicio no se tuvo constancia de este accidente ni de otros en ese vial en las fechas señaladas. Tercero.- De la documentación aportada parece que el socavón señalado se encuentra al lado de una reposición de asfalto que se realizó, a causa de una avería en la red, por la empresa Aqualia Redondela. Girada visita de inspección por parte del vigilante de zona y, según informe de la ingeniero de zona, se ha comprobado que el socavón al que se refiere la reclamación, se encuentra repuesto con aglomerado en caliente. Esta reposición, según manifiesta el vigilante de zona, se ha llevado a cabo por parte del Concello de Redondela. Cuarto.- Respecto a la señalización existente, el punto se encuentra en una zona dentro del casco urbano, con una limitación de velocidad de 50 km hora.” Resultando.- Que con datas 12/02/14 e 24/03/14 e de conformidade co establecido no artigo 4.1 c) da Lei 30/92, solicitouse información ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Redondela, quen na data 04/04/14 remitiu copia do informe emitido ó respecto na data 31/03/14 polo Encargado de Vías e Obras, co seguinte contido: “A requerimento do Sr. Alcalde, D. Javier Bas Corugeira, e atendendo á solicitude da Deputación Provincial de Pontevedra (…) teño a ben emitir o seguinte informe: Que realizada visita de inspección, se comprobou que este servizo non ten constancia de haber realizado obra algunha no devandito lugar, ademáis ten a ben manifestar que este Concello, neste tipo de reparacións, non usa aglomerado en quente. Así mesmo informo que non teño constancia de si Aqualia realizou alguna actuación na zona.” Resultando.- Que con data 13/02/14 e con fundamento nos artigos 31.1 “b” e “c” e 79.1 da Lei 30/92, déuselle traslado da reclamación á empresa Aqualia Redondela para que puidera comparecer coma interesada, e facer as alegacións que tivera por convenientes, contestando en escrito de data 21/02/14 o seguinte: “Revisados os arquivos do Servizo Municipal de Augas de Redondela, non existe constancia, nin se recibiu aviso en esta empresa de ningunha deficiencia ou deterioro nos elementos das redes municipais de abastecemento de auga ou saneamento situados na rúa Eidos, o 4 de setembro de 2013, non figurando tampouco actuación algunha na mencionada zona na data na que se orixinou o sinistro. En calquera caso e conferido traslado do expediente administrativo en trámite, solicítase se remita copia do expediente completo a esta entidade, co fin de poder realizar as consultas necesarias para facer as alegacións e/ou aclaracións convenientes”. Resultando.- Que remitida na data 28/02/14 a documentación solicitada por Aqualia, o día 08/04/14 realizan as seguintes alegacións: “Revisados os arquivos do Servizo Municipal de Augas de Redondela, infórmaselles que durante todo o ano 2013 non se realizou ningunha reparación nin reposición na zona indicada nas fotografías. As avarías detectadas na zona durante o ano 2013 foron; o 26/07/2013 á altura do número 7 da rúa Eidos, avaría de saneamento, e o 18/12/2013 á altura do número 1 da rúa Eidos, avaría tamén de saneamento, as dúas na parte baixa da rúa, afastadas do socavo que presuntamente orixinou o incidente. Non existe constancia, nin se recibiu aviso en esta empresa de ningunha deficiencia ou deterioro nos elementos das redes municipais de abastecemento de auga ou de saneamento situados na rúa Eidos á altura do cemiterio, o 4 de setembro do 2013, non figurando, tampouco, actuación algunha na mencionada zona, na data na que se orixinou o sinistro”. Resultando.- Que con data 10/04/14 solicitouse informe complementario ó Servizo de Infraestruturas para que aclarasen a contradición existente entre os informes de Aqualia (“non se realizou reparación nin reposición algunha na zona indicada”) e do Concello de Redondela (“non ten constancia de ter realizado obra ningunha no lugar”) e o emitido polo citado Servizo de Infraestruturas (“a reposición do firme foi levada a cabo polo Concello de Redondela (…). O socavo se atopaba ó lado dunha reposición de asfalto que realizou a causa dunha avaría na rede de saneamento a empresa Aqualia Redondela”), contestando na data 11/04/14 o que sigue: “Primeiro.- Segundo informe da enxeñeira de zona que se adxunta, e cos datos obrantes neste Servizo de Infraestruturas, as obras levadas a cabo no punto referido foron executadas pola empresa Aqualia, concesionaria do servizo de augas do Concello de Redondela. Segundo.- Apórtase documentación gráfica donde se pode apreciar, de xeito explícito, a sinalización das obras que se acometeron, no punto donde se sitúa o socavo que presuntamente provoca o accidente, coa identificación da empresa Aqualia.” Resultando.- Que con data 21/04/14 trasladóuselle a Aqualia o contido no informe complementario do Servizo de Infraestruturas conferíndolle un novo prazo de cinco días para que puidera facer as alegacións que tivera por convenientes, presentando escrito na data 05/05/14 co seguinte contido literal: “Visto o expediente relativo ó asunto de referencia, mantense o exposto no anterior escrito de alegacións, xa que durante todo o ano 2013 non se realizou ningunha reposición na zona indicada, as fotografías presentadas son do ano 2012, un ano antes do sinistro. Nembargantes, vistas as fotografías e revisados os expedientes, lles informamos que procederemos a contactar co reclamante co obxectivo de conformar a oportuna indemnización dos danos sufridos por éste”. Resultando.- Que con data 21/04/14 trasládaselle ó Concello de Redondela o contido do citado informe complementario do Servizo de Infraestruturas para que puideran facer as alegacións que tiveran por convenientes, achegando escrito na data 05/05/14 co seguinte contido: “(…) Teño a ben comunicarlle que foi remitida a solicitude de informe ó respecto da concesionaria Aqualia”. Resultando.- Visto o manifestado por Aqualia na data 05/05/14 e a súa intención de indemnizar os danos ó reclamante, con datas 08/05/14 e 09/06/14, e en virtude do disposto no artigo 79.1 da Lei 30/92, concedéuselle a D. Marcelino Ucha Durán un prazo de dez días a fin de que manifestase se mantiña a reclamación contra esta Deputación, contestando en escrito de data 13/06/14 o que sigue: “1º.- Que efectivamente la empresa Aqualia ha contactado con este letrado, pero en modo alguno ha materializado indemnización alguna, por lo que, al día de la fecha, mi representado no ha sido indemnizado. 2º.- Habida cuenta de ello, esta representación interesa se continúe con la tramitación del expediente hasta dictar resolución en derecho, sin perjuicio que esta parte renuncie a seguir adelante con la reclamación en el supuesto de ser indemnizado por Aqualia.” Resultando.- Que con data 19/05/14, o Concello de Redondela achega informe emitido por Aqualia en resposta á solicitude efectuada por este, no cal se di o seguinte: “Visto o expediente relativo ó asunto de referencia, mantense o exposto no anterior escrito de alegacións, xa que durante todo o ano 2013 non se realizou ningunha reposición na zona indicada, as fotografías presentadas son do ano 2012, un ano antes do sinistro. Nembargantes, vistas as fotografías e revisados os expedientes, lles informamos que procederemos a contactar co reclamante co obxectivo de conformar a oportuna indemnización dos danos sufridos por éste”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93, en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non pode a Deputación facerse cargo dos danos ocasionados aínda que sexa a titular do vieiro, toda vez que o obxecto da reclamación é a existencia dun socavo reparado segundo se desprende da documentación e das fotografías obrantes no expediente, pola concesionaria do servizo municipal de augas Aqualia. Sobra dicir que segundo establece o artigo 25.2 letra “c”, da Lei 7/1985, de 2 de Abril, reguladora das Bases de Réxime Local, o servizo de abastecemento de auga potable e de saneamento é competencia municipal e que este, á súa vez, pode ser prestado a través dunha concesión por unha empresa xa que así se establece no artigo 280 c) en relación co 277 a), do R.d. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, que literalmente di: “…La contratación de la gestión de los servicios públicos podrá adoptar las siguientes modalidades : a) Concesión, por la que el empresario gestionará el servicio a su propio riesgo y ventura (…) El contratista estará sujeto al cumplimiento de las siguientes obligaciones: (….) c) Indemnizar los daños que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera el desarrollo del servicio, excepto cuando el daño sea producido por causas imputables a la Administración”. É por iso a reclamación debe ser rexeitada xa que a responsabilidade recaería sobre a empresa concesionaria, pois a mera titularidade dunha infraestrutura non converte ás Administracións en aseguradoras universais de todos os riscos. Todo iso sen que isto presupoña prexulgamento da responsabilidade que, ao abeiro do artigo 1.902 do Código Civil, podería esixirse no eido da xurisdición civil á empresa concesionaria ou, de ser o caso, na vía contencioso-administrativa ó concello titular do servizo adxudicado en concesión. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 10.22287.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE PORTAS Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Portas, de data 21 de outubro de 2013 (rexistro de entrada núm. 2013099220, de data 30/10/13), pola que se remite Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Portas, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 23,2, da Lei 8/2013, de 28 de xuño, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Director de Infraestruturas, de data 25 de xuño de 2014, no que manifesta: “1. No apartado 2.7.1 INFRAESTRUTURA VIARIA cita a estrada provincial 0804 como un dos principais eixos interiores do concello. Esta numeración é incorrecta, trátase da E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña. 2. Por outra parte cando di que a N-550 conecta coa E.P.8102 no centro da parroquia de Briallos, non é correcto xa que a E.P. 8102 non comeza na N-550, o seu inicio está a 1 km. deste punto. Con respecto o documento planos, significar que nos mesmos as aliñacións de peche están situadas a 7 metros do eixo, sexa chan de núcleo ou non (agás en zonas puntuais), o cal non entra en contradición coa ordenanza actualmente en vigor. Polo que, coas correccións citadas nos puntos 1 e 2, infórmase favorablemente o PXOM do Concello de Portas, no que afecta ás estradas dependentes da Deputación de Pontevedra.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Concello de Portas. 11.22288.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.22289.- DISTRIBUCIÓN, ASIGNACIÓN E DETERMINACIÓN DAS BOLSAS A CONVOCAR DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS DO SECTOR PRIVADO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA E APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN DOS BOLSEIROS 2014 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra en sesión celebrada o 7 de marzo de 2014 aprobou o Plan de práctica laboral en empresas do sector privado da provincia de Pontevedra 2014, destinado a mozos titulados universitarios e de formación profesional, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ó mercado laboral. O proceso estrutúrase en dúas fases, a primeira de selección de empresas e a segunda de selección e distribución dos bolseiros entre as empresas seleccionadas. No Boletín Oficial da provincia nº 51 de data 14 de marzo, publicouse a convocatoria e bases de selección de empresas, en réxime de concorrencia competitiva. A base quinta da convocatoria recolle que a selección das empresas levarase a cabo conforme ós seguintes criterios: • Proxecto de práctica laboral: capacidade técnica e de xestión, existencia de persoal técnico cualificado que se encargue da formación práctica do bolseiro, sistema de titorías así como centro de traballo, instalacións e medios técnicos dispoñibles, ata un máximo de cinco puntos. • Deseño de itinerarios alternativos de inserción para cando finalicen as prácticas laborais, (é dicir, grao de compromiso da empresa da posible formalización dun contrato ó finalizar as prácticas, indicando a modalidade, xornada e duración), ata un máximo de tres puntos. Calquera outra mellora non contemplada que redunde en beneficio da formación práctica do bolseiro, ata un máximo de dous puntos. Neste senso o apartado 5.3.2 engade que dentro destes criterios deberá respectarse a seguinte orde de preferencia na asignación de bolseiros segundo a seguinte clasificación e tendo en conta a puntuación mínima esixida pola Comisión de avaliación : • Grupo 1: Empresas que non participaron ou non foron beneficiarias do plan do ano anterior, excluídos os colexios, cámaras, federacións, confederacións, asociacións, comunidades, fundacións, confrarías, cooperativas, así como calquera outra institución da mesma natureza. • Grupo 2: Empresas beneficiarias dun ou mais bolseiros do Plan de práctica laboral do ano 2013/2014, que recibiron unha valoración positiva por parte da Comisión de seguimento do plan, excluídos os colexios, cámaras, federacións, confederacións, asociacións, comunidades, fundacións, confrarías, cooperativas, así como calquera outra institución da mesma natureza. • Grupo 3: Colexios, cámaras, federacións, confederacións, asociacións, comunidades, fundacións e confrarías e cooperativas, así como calquera outra institución da mesma natureza que non participaran no plan anterior 2013/2014. • Grupo 4: Colexios, cámaras, federacións, confederacións, asociacións, comunidades, fundacións, confrarías e cooperativas, así como calquera outra institución da mesma natureza que participara no plan 2013/2014 e tivese unha valoración positiva. De este forma a selección das empresas efectuarase pola orde de clasificación indicada no apartado anterior e segundo a puntuación total acadada. Conforme ó previsto na base cuarta da convocatoria, para a selección das empresas constituíuse unha comisión de avaliación, composta pola deputada delegada en materia de persoal, a xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación, a xefa do Servizo de Turismo, o asesor xurídico do CEP, un profesor da universidade de Vigo e dous técnicos de emprego da Deputación. Dita Comisión, en reunión celebrada o día 9 de xuño de 2014, concretou de forma detallada os criterios de puntuación das solicitudes presentadas polas empresas, por conceptos dentro de cada un dos apartados sinalados nas bases. Con data 24 de xuño do 2014 a Comisión formula proposta de asignación e distribución das bolsas por empresas, conforme á puntuación total acadada. A partir desta proposta determínanse as bolsas a convocar por titulacións, tendo en conta a puntuación outorgada a cada unha das empresas e aplicando os criterios definidos previamente pola Comisión de avaliación. Unha vez seleccionadas as empresas e bolsas a convocar por titulacións, procede aprobar a través da Xunta de Goberno a convocatoria e bases que rexerán o proceso de selección dos bolseiros. A selección dos bolseiros efectuarase mediante convocatoria pública e segundo os principios de mérito e capacidade. O proceso desenvolverase en dúas fases: a primeira, de carácter eliminatorio, por currículo e expediente académico, e a segunda a través dunha entrevista persoal sobre o seu currículo, obxectivos profesionais, dispoñibilidade, etc. Considerando o exposto á vista das actas da Comisión de avaliación, e de conformidade co previsto nas bases da convocatoria de empresas e o disposto no capítulo II da Lei 38/2003 de 17 de novembro, xeral de subvencións, Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro: aprobar a asignación e distribución das bolsas a convocar entre as empresas en función da puntuación outorgada pola Comisión de avaliación e as titulacións solicitadas, que figura en documento anexo a este informe. Segundo: aprobar a convocatoria de 400 bolsas de prácticas laborais en empresas do sector privado da provincia de Pontevedra que na mesma se relacionan por titulacións, e que se rexerá polas bases que se achegan a este informe. Ditas bases son como seguen: “CONVOCATORIA DE 400 BOLSAS DE PRÁCTICAS LABORAIS EN EMPRESAS PRIVADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o 4 de xullo do ano 2014, acorda aprobar a convocatoria de 400 bolsas de prácticas laborais no sector empresarial da provincia de Pontevedra, que se rexerá segundo as seguintes: BASES PRIMEIRA. OBXECTO Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 400 bolsas de prácticas laborais relacionadas no Anexo I desta convocatoria e destinadas a titulados universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. SEGUNDA. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES Poderán ser beneficiarios destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: 1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. 2. Estar en posesión do título esixido no Anexo I para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias. 3. Ter finalizados os estudos obxecto da bolsa con posterioridade ó un de xaneiro do 2005. 4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. 5. Non ser beneficiario na actualidade dunha bolsa dos plans de prácticas laborais da Deputación Provincial nos distintos Centros ou Servizos, nin nos Concellos ou Empresas da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo que transcorre dende a data da publicación da convocatoria de empresas no BOP (14 de marzo de 2014) e ata o día en que teña lugar a adxudicación das bolsas. 6. Non ter sido beneficiario dunha bolsa dos plans de prácticas laborais da Deputación Provincial nos distintos Centros ou Servizos, nin nos Concellos ou Empresas da provincia de duración superior a seis meses. 7. Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada nos extinguidos organismos autónomos, de duración superior a seis meses. 8. Estar empadroado en calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anterioridade ó 1 de xaneiro de 2014. 9. Estar inscrito no Servizo Público de emprego como demandante ou en mellora de emprego. 10. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polos grupos de cotización correspondentes ós niveis formativos da titulación esixida ou non ter estado de alta como autónomo por un período de tempo de duración superior a seis meses, en actividades relacionadas co obxecto da bolsa. 11. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV nas bolsas de titulados universitarios, e nivel Celga III nas bolsas destinadas a ciclos superiores de formación profesional. 12. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 13. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. TERCEIRA. DOTACIÓN ECONÓMICA A dotación económica das bolsas, determinada polo nivel de titulación, será de 800,00 €/mes para titulados universitarios e de 700,00 €/mes para ciclos superiores de formación profesional, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 921.241.481.47 e 921.241.160.47. O pagamento das bolsas realizarase a partir da data de incorporación da persoa beneficiaria, por mensualidades completas ou a parte proporcional. Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. Non obstante o anterior, a empresa adxudicataria das bolsa de prácticas deberá sufragar os gastos de desprazamento e estancia orixinados pola realización, fóra do lugar da residencia, de determinados estudos e informes relacionados coa formación práctica do bolseiro, de acordo cos límites previstos no Real decreto 462/2002, de indemnizacións por razón do servizo. CUARTA. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 1. As solicitudes de participación nesta convocatoria deberán presentarse da seguinte forma: 1) En primeiro lugar será necesario realizar unha preinscrición, a través páxina Web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es), debendo para tal efecto: • Cumprimentar os datos solicitados na páxina Web, correspondentes ó modelo oficial de solicitude Anexo I, e pulsar o botón enviar. • Descargar e imprimir o xustificante electrónico xerado pola páxina Web trala realización do envío. Este xustificante incluirá un “código único de preinscrición”. 2) A continuación deberá presentar o xustificante electrónico xerado durante o proceso de preinscrición, debidamente asinado, no rexistro da Deputación de Pontevedra dentro do prazo establecido no apartado dous, xunto coa seguinte documentación: a) Fotocopia do documento nacional de identidade en vigor ou calquera outro que o substitúa. b) Certificado ou volante de empadroamento actualizado de data posterior ó 1 de xaneiro do 2014, no que se acredite a data de alta en dito Padrón municipal. c) Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data que remate o prazo para presentar as solicitudes. d) Certificado do expediente académico no que conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1125/03, de 5 de setembro, para a súa valoración na fase de concurso, ou ó que corresponda para os ciclos formativos segundo o previsto no R. d. 1147/2011, de 29 de xullo. e) Certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega correspondente. f) Declaración xurada na que a persoa interesada se compromete a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa. g) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada da persoa solicitante conforme cumpre este requisito. h) Certificado de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social actualizado de data posterior ó 1 de xuño do 2014 (entregar todas as páxinas). Así mesmo, de ter experiencia laboral no mesmo grupo de cotización non relacionada coa titulación: fotocopia do contrato de traballo e certificado das tarefas realizadas. i) Informe dos períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego. j) Declaración xurada de non ser beneficiario na actualidade dunha bolsa dos plans de prácticas laborais da Deputación Provincial nos distintos Centros ou Servizos, nin nos Concellos ou Empresas da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo que transcorre dende a data da publicación da convocatoria de empresas no BOP (14 de marzo de 2014) e ata o día en que teña lugar a adxudicación das bolsas. k) Declaración xurada de non ter sido beneficiario dunha bolsa dos plans de prácticas laborais da Deputación Provincial nos distintos Centros ou Servizos, nin nos Concellos ou Empresas da provincia de duración superior a seis meses. l) Declaración xurada de non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada nos extinguidos organismos autónomos, de duración superior a seis meses. m) Declaración xurada de estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 2. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 3. Para presentaren as instancias os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula. QUINTA. EMENDAS 1. Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, a Deputación ditará unha resolución na que se declare aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que será publicada na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra. 2. Os aspirantes excluídos ou omitidos disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a súa exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e aprobando a lista definitiva, que será publicada na web e no taboleiro de anuncios da Deputación. Dentro deste prazo poderán emendar os defectos formais da documentación acreditativa dos méritos alegados na presentación de instancias SEXTA. COMISIÓN DE SELECCIÓN Para a selección dos bolseiros constituirase unha comisión, que estará integrada polos seguintes membros: - Presidente: un xefe de Servizo ou Centro da Deputación de Pontevedra - Vogais: un funcionario técnico superior, un representante da Universidade e un representante do sector empresarial. - Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou funcionario/a de carreira con titulación superior en quen delegue. SÉTIMA. SELECCIÓN DOS BOLSEIROS 1. O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos, e a segunda, de entrevista persoal cos candidatos que superen o corte establecido na primeira fase. 2. Primeira fase: baremo de méritos. Os méritos acreditados polos interesados serán valorados conforme ós seguintes criterios: a) Expediente académico: ata un máximo de 3,00 puntos, segundo a nota media calculada para as titulacións universitarias polo R.d. 1125/03, de 5 de setembro, e para os ciclos de formación profesional polo R.d 1147/2011, de 29 de xullo. No caso de que algunha das titulacións convocadas non estea calculada polas referidas normas ou estas non se especifiquen, poderase establecer un sistema de valoración proporcional. b) Por ter realizado cursos universitarios de doutorado ou máster universitario de duración superior a 150 horas, relacionados co contido da bolsa, 0,50 puntos/curso doutorado ou máster, ata un máximo de 2 puntos. c) Por transcorrer catro ou máis anos desde a finalización dos estudos universitarios: 1 punto. d) Por transcorrer entre tres e catro anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,80 puntos. e) Por transcorrer entre dous e tres anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,60 puntos. f) Por transcorrer menos de dous anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,40 puntos. g) Por posuír unha titulación universitaria ou de formación profesional distinta e de nivel igual ou superior á esixida no expediente da bolsa á que opta 0,50 puntos por título ata un máximo de 1 punto (neste apartado non se terán en conta aquelas titulacións de nivel inferior que sexan necesarias para a obtención doutras de nivel superior). As puntuacións outorgadas serán publicadas no taboleiro de anuncios da Deputación e na páxina web, con ó menos tres días hábiles de antelación á data en que se celebrará a entrevista. 3. Segunda fase: entrevista Persoal. A entrevista terá lugar unha vez concluída a valoración de méritos e realizarase unicamente cos candidatos que acaden a maior puntuación total na fase de concurso e nunha porcentaxe que garanta un mínimo de tres candidatos por bolsa, e sen que poda superar vinte por cento dos aspirantes admitidos, podendo ampliarse esta porcentaxe de estimarse conveniente. Por Resolución da Presidencia convocarase ós candidatos para a entrevista persoal, nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito aqueles que non comparezan no lugar e día sinalado. A entrevista versará sobre o seu currículo, obxectivos profesionais, dispoñibilidade, etc., e permitirá comprobar a preparación dos candidatos en materias correspondentes a súa titulación nas empresas de destino. A entrevista será valorada de cero a tres puntos. Nas bolsas nas que se esixa como requisito imprescindible para poder participar o dominio de, a lo menos, un idioma convocarase a todos os aspirantes admitidos ou a porcentaxe indicada no apartado anterior para a realización, na fase da entrevista, dunha proba específica, destinada a valoración dos coñecementos lingüísticos requiridos. Esta proba xunto coa a entrevista non poderá superar os tres puntos. 4. En caso de empate nas puntuacións dos aspirantes, a orde de prelación determinarase pola maior puntuación acadada na nota media global do expediente académico. 5. Despois de rematar as entrevistas e no prazo máximo de 10 días hábiles, a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e as propostas de adxudicación xunto coa relación de candidatos seleccionados por orde decrecente para cada unha das bolsas convocadas, indicando os candidatos seleccionados e os correspondentes suplentes. 6.- Os aspirantes seleccionados, por orde de maior a menor puntuación, deberán elixir a empresa na que desenvolverán as prácticas, entre aquelas que figuran no Anexo I como destinatarias das bolsas convocadas. Sen prexuízo de aplicar o sistema indicado no apartado anterior, na elección da empresa darase preferencia ós candidatos do plan anterior pendentes de reasignación por causa xustificada apreciada pola Comisión de Seguimento. 7.- Nos procesos en que se convoca máis dunha bolsa por titulación, a elección dunha empresa polo primeiro aspirante elimina esta opción para os restantes, e así sucesivamente ata esgotar as bolsas de dita titulación e empresas destinatarias. 8.- En atención as características ou perfil da bolsa convocada, con carácter excepcional e por razóns de urxencia, poderase recorrer os servizos públicos de emprego para a preselección de candidatos que reúnan os requisitos esixidos nestas bases. OITAVA: ADXUDICACIÓN DAS BOLSAS O Servizo de RR.HH. e Formación á vista das actas das Comisións seleccionadoras constituídas por titulacións, e a elección realizada polos bolseiros nos procesos de máis dunha titulación, formulará as propostas de adxudicación das bolsas convocadas ó órgano competente para a resolución do procedemento, especificando bolseiros titulares e candidatos suplentes para os casos de renuncia, incumprimento de obrigas, incapacidade sobrevida ou calquera outra causa que implique a perda da condición de bolseiro. A resolución, que poña fin á vía administrativa, publicarase na páxina web da Deputación, con expresión da identidade do bolseiro, empresa de destino, contía das bolsas, duración e data de efectos. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación da Resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora de dita xurisdición. Por outra parte, habéndose adherido a Deputación de Pontevedra á Estratexia de emprendemento e emprego novo do Goberno de España, con recoñecemento expreso por parte do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias do Plan práctica laboral autorizan, polo feito de participar neste plan, a remisión dos datos que requira o Ministerio con fins estatísticos. NOVENA. CONDICIÓNS XERAIS. Establécense as seguintes condicións xerais: 1. As bolsas terán unha duración de 6 meses, contados desde a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na empresa correspondente, e poderán ser prorrogadas por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula décima destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria. En caso de urxencia poderá prorrogarse por Resolución Presidencial dando conta a Xunta de Goberno. 2. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, excepto as indemnizacións por razón do servizo que deberá sufragar a empresa. 3. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina da empresa onde se desenvolva a súa práctica laboral co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro, non podendo exceder dun máximo de 40 horas semanais. 4. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin coa empresa na que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial nin coa referida empresa. 5. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas, así como na orde ESS/106/2014, de 31 de xaneiro, pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización a seguridade social para o ano 2014. 6. As bolsas que queden vacantes despois do período de prórroga non se cubrirán cos candidatos suplentes. DÉCIMA. XUSTIFICACIÓN E RENOVACIÓN DA BOLSA 1. Antes de que transcorran os últimos quince días do quinto mes do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación e proposta indicando se procede ou non a prorroga, do que dará traslado ó Servizo de RRHH e Formación da Deputación para súa tramitación, cun mes de antelación á data prevista de finalización. 2. A Xunta de Goberno, previo informe da xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, resolverá esta solicitude, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e o aproveitamento demostrado polo bolseiro. DÉCIMO PRIMEIRA. REVOGACIÓN E REINTEGRO DA BOLSA En calquera momento, a Xunta de Goberno poderá, a proposta das empresas e mediante resolución motivada, revogar a bolsa á persoa adxudicataria que non cumpra debidamente as condicións esixidas nestas bases, ou as normas xerais de funcionamento da empresa de destino, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e suspendendo o aboamento da bolsa. Neste senso, daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorran algunha das seguintes causas: 1. Renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. 2. Renuncia da Empresa á bolsa solicitada e adxudicada. A renuncia quedará supeditada á existencia de motivos xustificados, previamente aceptados pola Deputación Provincial. De non existir causa xustificada penalizarase á empresa coa imposibilidade de participar en próximas convocatorias ou de obter calquera outro tipo de axuda ou subvención desta Institución, quedando sometidos ás responsabilidades e o réxime sancionador que, sobre infraccións administrativas en materia de subvencións, establecen os artigos 52 a 69 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de Subvencións. 3. Incumprimento das obrigas dalgunha das partes. No caso de incumprimento grave das obrigas esenciais por parte da empresa adxudicataria resolverase a bolsa, podendo adxudicarse a outra empresa que tivese solicitado dita titulación e estea en condicións de asumir o bolseiro afectado por esta situación polo tempo restante. 4. Baixa por incapacidade temporal de duración superior a trinta días ou no caso de maternidade de duración superior a seis semanas. 5. Mutuo acordo entre a empresa e o bolseiro. De concorrer algunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, poderá esixirse o reintegro total cando o beneficiario incumpra total e absolutamente as condicións impostas para a concesión e a execución da bolsa. En caso de renuncia da empresa á bolsa concedida sen causa xustificada a Deputación realizará as xestións oportunas para poder destinar o bolseiro a outra empresa, a fin de darlle continuidade á bolsa de prácticas convocada pola Deputación. Entre tanto a bolsa queda en suspenso durante un período que non poderá exceder de tres meses e o bolseiro pasará a ocupar o primeiro lugar da lista de candidatos suplentes en dita titulación. De igual modo, procederase nos casos de resolución da bolsa por causas xustificadas non imputables ó bolseiro. Transcorridos os tres meses perderá o dereito a bolsa, e unicamente poderá acceder a unha nova bolsa por substitucións. DÉCIMO SEGUNDA. SUSPENSIÓN En caso de maternidade, enfermidade ou accidente, o bolseiro percibirá a prestación correspondente da Seguridade Social. En tal caso, a Deputación non complementará ningunha cantidade adicional á citada prestación. Dita situación non ocasionará a finalización das prácticas, salvo que a ausencia exceda ós trinta días nos casos de enfermidade ou accidente e de seis semanas no caso de maternidade. No suposto de que se supere dito prazo, a Deputación poderá dar por concluída a práctica laboral do bolseiro. DÉCIMO TERCEIRA. RENUNCIA No caso de que o bolseiro renuncie antes da finalización do período de prácticas, deberá presentar no Rexistro xeral da Deputación a correspondente solicitude dirixida ó Servizo de RR.HH. e Formación e informar previamente o seu titor. En tal situación a empresa poderá solicitar que se cubra a bolsa que queda vacante polo tempo restante cun candidato suplente, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. DÉCIMO CUARTA. BOLSAS DESERTAS De non chegar a cubrirse o número total de bolsas convocadas para unha determinada titulación por falta de candidatos, as empresas afectadas poderán solicitar que se adxudiquen as bolsas vacantes que teñen outorgadas a aspirantes suplentes doutros procesos ou titulacións seguindo a orde de puntuación establecida. DÉCIMOQUINTA.- OBRIGAS E DEREITOS DO BOLSEIRO Son obrigas dos bolseiros os seguintes: 1. Incorporarse á empresa na data sinalada. 2. Respectar, en todo momento, a normativa da Empresa, seguindo as instrucións que lle sexan dadas pola mesma e cumprir o programa formativo. 3. Desenvolver unha actitude favorable para a súa integración na Empresa, e aplicarse con total dilixencia e aproveitamento. 4. Observar e cumprir o horario das prácticas co fin de non entorpecer o labor do persoal do Centro. 5. Cumprir as medidas de prevención que en cada caso se deban adoptar, pola súa propia seguridade e saúde e pola de aquelas outras persoas ás que poda afectar a súa actividade, a causa dos seus actos ou omisións. 6. Usar adecuadamente as máquinas, aparatos, ferramentas, sustancias perigosas, etc. que utilice no seu proxecto, de acordo coas instrucións do fabricante ou responsable do prácticas. 7. Utilizar correctamente os medios e equipos de protección facilitados pola empresa, de acordo coas instrucións recibidas. 8. Gardar con absoluto rigor o secreto profesional sobre cantas informacións podan chegar a coñecer en relación co proceso produtivo, sistemas técnicos empregados na empresa ou calquera aspecto económico ou comercial de análoga natureza. Así como a non explotar aqueles traballos realizados na práctica obxecto deste convenio, sen a autorización expresa, en ambos casos, da empresa. Este compromiso será válido, non só durante a práctica, senón tamén unha vez finalizada esta, por un período que, no seu caso, determinará a propia empresa. 9. Asistir ás accións formativas que organice a empresa dentro da xornada laboral relacionadas coas súas prácticas. 10. En caso de enfermidade ou accidente, o bolseiro deberá comunicar a súa situación á Empresa e á Deputación Provincial, presentando o oportuno parte médico xustificativo. 11. En caso de renuncia, o bolseiro quedará obrigado a comunicalo á Empresa e á Deputación Provincial con 3 días hábiles de antelación. 12. Achegar á Deputación unha copia da vida laboral actualizada transcorridos tres meses desde a finalización das prácticas. Son dereitos dos bolseiros os seguintes: 1. Ser informados sobre a forma de proceder en caso de emerxencia, primeiros auxilios ou evacuación. 2. Recibir formación en materia preventiva e sobre as instalación nas que se desenvolven as prácticas. 3. Disfrutar do permiso necesario para a realización de exames de carácter oficial, achegando a correspondente xustificación. 4. Disfrutar dun permiso de 2 días hábiles de descanso por mes de prácticas, que se poderán solicitar de forma independente por meses ou ó final do período. DÉCIMO SEXTA. RESPONSABILIDADES Os beneficiarios destas bolsas estarán sometidos ás responsabilidades e o réxime sancionador que, sobre infraccións administrativas en materia de subvencións, establecen os artigos 52 a 69 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de Subvencións. DÉCIMO SÉTIMA. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN Transcorridos seis meses desde o final do proceso selectivo, a documentación presentada, excepto a instancia, será destruída, polo que se lles recomenda ós interesados que a retiren no referido prazo. DÉCIMO OITAVA.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO. Para o desenvolvemento e control das prácticas constituirase unha comisión de seguimento, coa finalidade de resolver as incidencias e dúbidas que se produzan no seu desenvolvemento. A comisión estará presidida por un Deputado Provincial, ou persoa en quen delegue, e estará integrada por tres técnicos da Deputación. A comisión terá as seguintes competencias no desenvolvemento do programa de prácticas: 1. Garantir que as prácticas se corresponden cos compromisos asumidos pola empresa. 2. Resolver os problemas que se susciten na súa execución. 3. Propoñer medidas en relación ás incidencias que xurdan durante a realización das prácticas. A comisión reunirase cando así o considere necesario con calquera das partes, e como mínimo antes de que finalice o período de duración das prácticas. DÉCIMO NOVENA. DEREITOS SUPLETORIOS A convocatoria, a selección das persoas candidatas e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ó previsto nestas bases, á Lei xeral de subvencións e á Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.” ANEXO I “CONVOCATORIA 2014 DE BOLSAS CON DESTINO A EMPRESAS PRIVADAS POR TITULACIÓNS Titulacións Núm.Expte. Núm. Bolsas Empresa Concello CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE P001 3 AULA ESTUDIO FORMACION PRACTICA, S.L. VIGO RUBEN ESPIÑO VILELA (COMERCIO MOBILIARIO Y MAQUINARIA DE OFICINA) VILA DE CRUCES INFORDEZA, S.L.U LALÍN CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE CON INGLÉS P002 1 AUTO ESCUELA DEZA S.L. VIGO CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS P003 38 3G ASESORES C.B. TOMIÑO AFLAC, SL CALDAS DE REIS CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS P003 38 AFYT ASESORES SL VILAGARCIA DE AROUSA AMBITO DE APLICACION , S.L VIGO ANA ISABEL RODRIGUEZ DIAZ (ANIMALIA DEZA) LALÍN ANDRES MENDEZ GONZALEZ (BUFETE DE ABOGADOS) PONTEVEDRA ANTOBAL, S.L. TUI ASESORIA XESTORIA E SERVICIOS DE PARADANTA, S.L. AS NEVES ATTIS BODEGAS E VIÑEDOS, S.L. MEAÑO CABLERIAS AUTO, S.L. PORRIÑO CANEDA Y CHAMOSA ASESORES, S.C. CAMBADOS CARPINTERIA METALICA VARELA S.L. LALÍN CENEPO CONSULT,SLU PONTEVEDRA COLEGIO SAGRADO CORAZON DE JESUS PONTEVEDRA CONSTRUCCIONES Y EXCAVACIONES MECCA G,S.L.U. BAIONA CONSULTORÍA INTEGRAL CASMAR S.L. GONDOMAR DOMCOR, S. L. PONTEVEDRA EL CORDERO GALLEGO S.L. AGOLADA ENOTURISMO ACHA, S.L. VILAGARCIA DE AROUSA ESTACION DE SERVICIO LINO AGOLADA S.L AGOLADA ESTACION DE SERVIZO MAMA S.L. AGOLADA ESYPRO MANUTENCIÓN, SLU GONDOMAR EXTERNIA CONSULTORIA Y FORMACION, S.L. VIGO FORVI SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA CAMBADOS GABINETE RIVAS,S.L. PONTEVEDRA GRUPO INFORMÁTICO DE GALICIA S.L. CAMBADOS INSTALACIONES PORTO MIGUÉLEZ, S.L. AGOLADA KAEME CONSULTORIA Y PREVENCIÓN, S.L. VILAGARCIA DE AROUSA MAGNA GESTIO SL PONTECESURES MONTAJES Y SERVICIOS TECNICOS IMASON S.L. PONTEVEDRA NODOSA, S.L. BUEU OGANDO DURAN, SL PONTEVEDRA POLYDENT, S.L. PONTEVEDRA PREVISONOR, S.L. VIGO REPRESENTACIONES LITO S.L. CALDAS DE REIS SEGURLAMAS SL LALÍN SUAREZ E LORENZO ASESORES, S.L. CALDAS DE REIS ROSALIA PUGA BARROS (TALENTO ESCUELA) PONTEVEDRA CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS CON INGLÉS P004 1 BODEGAS DEL PALACIO DE FEFIÑANES, S.L. CAMBADOS CICLO SUPERIOR EN ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITOLOXÍA P005 2 POMPAS FÚNEBRES DE AROSA S.L. VILAGARCIA DE AROUSA POMPAS FUNEBRES DEL ATLANTICO S.A VIGO CICLO SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA P006 3 ICE IMAGINACIÓN, S.L. PONTEVEDRA PORTAS HOSTELERÍA, SLU (EL MUNDO DE SEPO- CC A BARCA) POIO SONIA PAZ CUETO (TATARINA OCIO INFANTIL) VIGO CICLO SUPERIOR EN AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL P007 1 INDUSTRIAS FRIGORIFICAS DEL DEZA, S.L. LALÍN CICLO SUPERIOR EN AUTOMOCIÓN P008 3 ALEJANDRO GONZALEZ SOUTO (TALLER DE VEHÍCULOS) SALCEDA DE CASELAS DIGIAUTO S.L. VIGO HIDRAMAQ DEZA, S.L. LALÍN CICLO SUPERIOR EN COMERCIO INTERNACIONAL CON INGLÉS P009 4 CONFECCIONES CALPEP, S.L. A ESTRADA CLICTIC S.L. VIGO GRANITOS CABALEIRO S.A. PORRIÑO GRUPIMAR, S.L. PORRIÑO CICLO SUPERIOR EN CONSTRUCIÓNS METÁLICAS P010 2 CARPINTERÍA METÁLICA MOURIÑO Y BARREIRO SL PONTEVEDRA JUAN CARLOS BLANCO CORDIDO (ALUMINIOS J. C. BLANCO) AGOLADA CICLO SUPERIOR EN DESENVOLVE-MENTO DE APLICACIÓNS MULTIPLATAFOR-MA P011 7 CON-VENCE FORMACION Y CONSULTORIA, S.L. VIGO INTECO INGENIERIA AVANZADA S.L. VIGO IPBRICK SOLUCIONES INFORMÁTICAS S.L. VIGO ENXENIA, S.L. VIGO EQUIPAMIENTOS Y SERVICIOS DEPORTIVOS NAUTICALIA S.L. TUI HUMAN SOFT, S.L. MOAÑA MP CARREGAL, S.L. MEAÑO CICLO SUPERIOR EN DESENVOLVE-MENTO DE APLICACIÓNS WEB P012 4 AUTOSISAN S.L. RIBADUMIA DELTIA, SL VIGO JOSE LUIS GUILLERMO FERNANDEZ SEOANE (JOYERÍA FERSE) PONTEVEDRA EDUCATIC GAP PUE S.L. VIGO CICLO SUPERIOR EN DESENVOLVE-MENTO DE APLICACIÓNS WEB CON INGLÉS P013 2 ESCUELA DE FORMACION CONDUCCION TRANSPORTE Y LOGISTICA DE GALICIA SL LALÍN TORVIGO SUMINISTROS INDRUSTRIALES S.L. VIGO CICLO SUPERIOR EN DESEÑO E PRODUCIÓN EDITORIAL P014 1 ALFONSO MARTÍN MOURELOS RODIÑO (AMR COMUNICACIÓN) O GROVE CICLO SUPERIOR EN DESEÑO E XESTIÓN DA PRODUCIÓN GRÁFICA P015 1 MAPELNO S.A. PONTEVEDRA CICLO SUPERIOR EN DIRECIÓN DE COCIÑA P016 2 ISAURA FERNANDEZ CALVO (PANADERÍA PANELA) PONTECESURES KIRIKO NATURA, S.A. FORNELOS DE MONTES CICLO SUPERIOR EN DIRECIÓN DE SERVICIOS DE RESTAURACIÓN P017 1 Mª TERESA UBEIRA SANTORO (O PELOURO) TUI CICLO SUPERIOR EN EDUCACIÓN INFANTIL P018 5 GARDERIAS LAPIS DE CORES SC AGOLADA PARRULOS, S.L. PONTEVEDRA SEK ATLÁNTICO, S.L. POIO ACADEMIA BASTÓN, S.L. PORRIÑO AGARIMO NENOS, SL VILANOVA DE AROUSA CICLO SUPERIOR EN ESTÉTICA INTEGRAL E BENESTAR P019 3 ARRULLOS DEL AGUA, S.L. VILAGARCIA DE AROUSA MARGARITA RIVELA VILLAZA (CENTRO DE ESTÉTICA) VIGO PIÑEIRO FRANCO, LIDIA MARÍA (SALÓN DE BELLEZA) RIBADUMIA CICLO SUPERIOR EN HIXIENE BUCODENTAL P020 2 CARLOS E. DUYMOVICH BALEISIS (CLINICA DENTAL) MEAÑO CLINICA MAREQUE SL PONTEVEDRA CICLO SUPERIOR EN LABORATORIO DE ANÁLISE E CONTROL DE CALIDADE P021 1 INNAVES S.A PORRIÑO CICLO SUPERIOR EN MÁRKETING E PUBLICIDADE P022 4 ALICIA BALBOA CHAN (TIENDA REINA DE CORAZONES) SANXENXO ESQUIO INGENIERIA S.L. VIGO MAR FASHION SL PONTECESURES IGLESIAS MORRAZO S.A.U. CANGAS DO MORRAZO CICLO SUPERIOR EN PAISAXISMO E MEDIO NATURAL P023 2 PALOMA REY FERNÁNDEZ-LATORRE- (PAZO DE RUBIANES) VILAGARCIA DE AROUSA ROSA IGLESIAS MEIJOME-FLORISTERIA Y VIVEROS ROSSA LALÍN CICLO SUPERIOR EN PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS P024 1 ESMULI PRO RENT S.L. CALDAS DE REIS CICLO SUPERIOR EN PROGRAMACIÓN DA PRODUCIÓN EN FABRICACIÓN MECÁNICA/CI-CLO SUPERIOR EN PRODUCIÓN POR MECANIZADO P025 7 EONSI INDUSTRIAL DEVELOPMENT, S.L. PORRIÑO HERMANOS ALFARO S.L. VIGO JOSÉ LORENZO GOLDAR (TALLER MECANICO "EL CUBANO") VILAGARCIA DE AROUSA NODOSA, S.L. BUEU TECFILTER S.L MOS CELTIC ESTORES, S.L. MORAÑA INTRUMOL, S.L. GONDOMAR CICLO SUPERIOR EN PRÓTESES DENTAIS P026 2 ERICA VICENTE VELASCO (LABORATORIO ESTETICO DENTAL-LABERICAVICENTE) REDONDELA LABORATORIO DENTAL PONTEVEDRA S.L. PONTEVEDRA CICLO SUPERIOR EN PROXECTOS DE EDIFICACIÓN P027 3 AREEIRA S.L. NIGRÁN OFICINA TÉCNICA ARTEC, S.L.P. SANXENXO SERGIO OTERO NIETO (ESTUDIO DE ARQUITECTURA) VILANOVA DE AROUSA CICLO SUPERIOR EN PROXECTOS DE OBRA CIVIL P028 2 JOSE LORENZO E HIJOS S.L. SOUTOMAIOR TICCO INGENIERIA, SLUP VIGO CICLO SUPERIOR EN PROXECTOS E DIRECIÓN DE OBRAS DE DECORACIÓN P029 2 IMAGEN, HOSTELERIA Y OFICINAS, S.L. VIGO MANUEL OTERO MEIS (TIENDA MUEBLES) PONTEVEDRA CICLO SUPERIOR EN SECRETARIADO P030 3 LACTEOS FARELO SL AGOLADA QUATTRO ASESORIA DE EMPRESAS, S.L. VIGO TERESA DE JESÚS MUÑOZ GÓMEZ (CENTRO DE ESTUDIOS AGORA) VIGO CICLO SUPERIOR EN SISTEMAS ELECTROTÉCNI-COS E AUTOMATIZADOS P031 1 NOVELEC RÍAS BAIXAS, S.L. PORRIÑO CICLO SUPERIOR EN VITIVINICULTURA P032 1 MAR DE FRADES, SLU MEIS CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING P033 17 ADENTRA DESARROLLO PROFESIONAL, S.L.U VIGO ARA NEGOCIOS S.L. PONTEVEDRA AUTOMOCIONES CATOIRA S.L. POIO BEATRIZ ROMERO ALEGRET (COMERCIO DE CALZADO) VILAGARCIA DE AROUSA BODEGAS LAGAR DE PINTOS S.L. RIBADUMIA D' RELAX PONTEVEDRA HORTA AGRELO,SL BUEU JAVIER CASTRO PORTO (CO-PREVENT) A ESTRADA Mª FERNANDA GUISANDE DOMÍNGUEZ (CALZADOS Y COMPLEMENTOS MIVER) FORCAREI MARIA ROSA BAULDE ACHA (ZAPATERÍAS 100PIES) VILANOVA DE AROUSA MARTA GARCÍA LAGO (AGENCIA PUBLICIDAD KLIP) VILAGARCIA DE AROUSA MISSION 2002, S.L. PONTEVEDRA SERVINAUTA SANXENXO,S.L. SANXENXO ZONA NORTE GESTIÓN DE SALUD S.L. PONTEVEDRA ES MUY FACIL TECNOLOGIA S.L. NIGRÁN PROSEM CONSULTORÍA ESTRATÉGICA, S.L. LALÍN PROYECTOS Y SINERGIAS EMPRESARIALES, S.L. LALÍN CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS AGROPECUARIAS P034 2 ALBERTO FERNÁNDEZ TABOADA (FINCA DE BENDOIRO) LALÍN SOCIEDAD COOPERATIVA O RODO RODEIRO CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL P035 2 BIOSALNES SLU VALGA IBERICA DE ESPONJAS VEGETALES, S.L. CALDAS DE REIS DIPLOMATURA EN BIBLIOTECONOMÍA E DOCUMENTACIÓN/GRAO EN INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN P036 1 COLEGIO SAN JOSE DE LA GUIA SIERVAS DE SAN JOSE VIGO DIPLOMATURA EN CIENCIAS EMPRESARIAIS P037 7 COMERCIAL PERNAS, S. L VIGO ESCAYOLAS DO ALBA S.L. VIGO FEMADI ASESORES, SL PORRIÑO GESPYME GALAICA S.L. PONTEVEDRA MADERAS AGAPITO MARTINEZ, SL NIGRÁN RODICUT INDUSTRY S.A. MOS OFTEGA AB SL VIGO DIPLOMATURA/ GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL P038 4 SAN JERÓNIMO EMILIANI,S.L. A GUARDA COESCO-DEZA SL (CULINARIA) SILLEDA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO SOCIAL COMARCA DEZA SILLEDA ASOCIACIÓN XARUMA VIGO DIPLOMATURA/ GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL CON INGLÉS P039 1 EDUVIA XESTIÓN, CULTURA E LECER S.L LALÍN DIPLOMATURA/ GRAO EN ENFERMERÍA P040 4 HERMANITAS DE ANCIANOS DESAMPARADOS RESIDENCIA SAN TELMO TUI MUGATRA, S.L.U. PONTEVEDRA NAV & GER TOMIÑO, S.L. TOMIÑO SOREMAY BERGUER S.L. PONTEVEDRA DIPLOMATURA/ GRAO EN FISIOTERAPIA P041 5 CENTRO DE FISIOTERAPIA FISIOLEREZ C.B. PONTEVEDRA CLARA GONZÁLEZ BARREIRO- CLÍNICA DE FISIOTERAPIA FISIOSALNÉS MEIS NUÑEZ TOUCEDA ELENA MARIA (CENTRO DE REHABILITACIÓN) CALDAS DE REIS ANDREA VILA GONZALEZ (FISIOTERAPIA) PONTEAREAS RAPESUA SL PAZOS DE BORBÉN DIPLOMATURA/ GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN INFANTIL P042 5 COLEGIO LAR, S.L. VIGO ESCUELA INFANTIL DE VILAGARCÍA S.L VILAGARCIA DE AROUSA INVESTIMENTOS DO COTO, S.L. PONTEVEDRA PEQUERRULOS SL SANXENXO PSN EDUCACIÓN Y FUTURO SA PONTEVEDRA DIPLOMATURA/ GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN INFANTIL CON INGLÉS P043 1 SÁNCHEZ ABEIGÓN S.L. PONTEVEDRA DIPLOMATURA/ GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA CON INGLÉS P044 1 INVESTIMENTOS DO COTO, S.L. PONTEVEDRA DIPLOMATURA/ GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS/RELA-CIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS P045 11 AREA GLOBAL ASESORES, S.L. PONTEAREAS ASESORIA ESTUDIO EMPRENDEDOR SLU VIGO COOPERATIVA DE ARMADORES DEL PUERTO DE VIGO SOC. COOP.GALL VIGO GABINETE EMPRESARIAL DE PONTEVEDRA, S.L. PONTEVEDRA INTERPYME, SLP CANGAS DO MORRAZO PIÑEIRO PEDRIDO ASESORES, S.L. VIGO PONTEASESORES 2012, S.L. PONTEVEDRA PROFESIONAIS DA INNOVACION, XESTION EMPRESARIAL E FORMACION,S.L PONTEVEDRA FEMXA FORMACIÓN, S.L. VIGO ZONA DE NEGOCIOS PONTEVEDRA SL PONTEVEDRA FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN VIGO DIPLOMATURA/ GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS/RELACIÓNS LABORAIS EN RECURSOS HUMANOS CON INGLÉS P046 1 MONTSERRAT AMIEIRO FONSECA VIGO DIPLOMATURA/ GRAO EN TERAPIA OCUPACIONAL P047 6 CONTIGO GALICIA S.L.U MOAÑA TENDELAMAN, SL CANGAS DO MORRAZO ATENDO CALIDADE S.L VIGO DIACOPEVI, S.L. PONTE CALDELAS RESIDENCIAL GALEON, S.L. REDONDELA FUNDACIÓN MENELA VIGO DIPLOMATURA/ GRAO EN TRABALLO SOCIAL P048 7 CENTRO DE DÍA REDONDELA SL REDONDELA IDADES SL PONTEVEDRA SERVIZOS SOCIAIS A COMUNIDADE SL PONTEVEDRA TENDELAMAN, SL CANGAS DO MORRAZO EIL CORMO INTEGRAL SLU VIGO NAVUXIL S.L. PORRIÑO FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA VILAGARCIA DE AROUSA ENXEÑERÍA AGRÓNOMA P049 2 MONET TECNOLOGÍA E INNOVACIÓN SL NIGRÁN ATTIS BODEGAS E VIÑEDOS, S.L. MEAÑO ENXEÑERÍA DE MINAS/GRAO EN ENXEÑERÍA DA ENERXÍA/GRAO EN ENXEÑERÍA DOS RECURSOS MINEIROS E ENERXÉTICOS P050 2 RENOVGAL, S.L. VIGO SOLTEC INGENIEROS S.L VIGO ENXEÑERÍA DE MINAS/GRAO EN ENXEÑERÍA DA ENERXÍA/GRAO EN ENXEÑERÍA DOS RECURSOS MINEIROS E ENERXÉTICOS CON INGLÉS P051 1 REDUCE SOLUCIONES DE AHORRO ENERGÉTICO S.L. A ESTRADA ENXEÑERÍA DE MONTES P052 1 EMDESFOR 2002, S.L. BARRO ENXEÑERÍA EN TELECOMUNICA-CIÓNS P053 3 2MARES DEMIL S.L. VIGO BITGALI ENXEÑERÍA S.L.L. CANGAS DO MORRAZO MONET TECNOLOGÍA E INNOVACIÓN SL NIGRÁN ENXEÑERÍA INDUSTRIAL P054 2 COMERCIAL EXTINTORES GALICIA, SL PONTEVEDRA FEMXA FORMACIÓN, S.L. VIGO ENXEÑERÍA INDUSTRIAL CON INGLÉS P055 1 JG PROJECT, GESTIÓN TECNOLOGÍA Y MARKETING SL VIGO ENXEÑERÍA INDUSTRIAL ORIENTACIÓN EN INSTALACIÓNS E CONSTRUCIÓN P056 3 CAPITEL ARQUITECTURA INGENIERIA E INNOVACION S.L. VIGO INGENIERÍA RÍAS BAIXAS, S.L. PORRIÑO INTECO INGENIERIA AVANZADA S.L. VIGO ENXEÑERÍA INDUSTRIAL ORIENTACIÓN EN MECÁNICA/GRAO EN ENXEÑERÍA MECÁNICA P057 2 ITERA TÉCNICA, S.L. NIGRÁN VIDRIOMOSS, S.L. A ESTRADA ENXEÑERÍA INDUSTRIAL ORIENTACIÓN EN ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL/ GRAO EN ENXEÑERÍA EN ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL P058 3 ALONARTI ENVASES, S.A.U. PORRIÑO ASM SOFT S.L. VIGO CONSERVAS FRISCOS,S.A. CATOIRA ENXEÑERÍA INDUSTRIAL ORIENTACIÓN EN ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL/ GRAO EN ENXEÑERÍA EN ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL CON INGLÉS P059 2 AVICOLA TRATANTE, S.L. DOZÓN MECANIZADOS Y OXICORTE S.L MOS ENXEÑERÍA TÉCNICA AGRÍCOLA ESPECIALIDADE EN INDUSTRIAS AGRARIAS E ALIMENTARIAS P060 1 SERVIZOS AGRARIOS MARTIN CODAX CAMBADOS ENXEÑERÍA TÉCNICA AGRÍCOLA ESPECIALIDADE EN INDUSTRIAS AGRARIAS E ALIMENTARIAS CON INGLÉS P061 1 BODEGAS CORISCA S.L. TUI ENXEÑERÍA TÉCNICA DE OBRAS PÚBLICAS/GRAO EN ENXEÑERÍA DE OBRAS PÚBLICAS P062 3 CONSTRUCCIONES RAFER S.L. LALÍN CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS S.L. LALÍN MOVIMIENTO DE ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. VILAGARCIA DE AROUSA ENXEÑERÍA TÉCNICA EN DESEÑO INDUSTRIAL/ GRAO EN ENXEÑERÍA EN DESEÑO INDUSTRIAL E DESENVOLVE-MENTO DO PRODUTO P063 2 SOLUCIONES CONCEPTUALES E INNOVACIÓN S.L. PONTEVEDRA SOLUCIONES CONCEPTUALES E INNOVACIÓN S.L. PONTEVEDRA ENXEÑERÍA TÉCNICA EN DESEÑO INDUSTRIAL/ GRAO EN ENXEÑERÍA EN DESEÑO INDUSTRIAL E DESENVOLVE-MENTO DO PRODUTO CON INGLÉS P064 1 DISEÑO E MODELADO DE SUPERFICIES S.A. MOS ENXEÑERÍA TÉCNICA EN INFORMÁTICA DE SISTEMAS P065 5 FOROX INNOVACION S.L. VIGO IDEARA, S.L. VIGO MANUEL CASTRO CARRERA (BBQSYSTEMS) PORRIÑO SONDARA SOLUCIONS, S.L.N.E. VIGO G12 GRUPO EMPRESARIAL DE SERVICIOS VIGO ENXEÑERÍA TÉCNICA EN INFORMÁTICA DE XESTIÓN P066 3 ASEMEGA S.L. CALDAS DE REIS HUMAN SOFT, S.L. MOAÑA OPEN SOFT SERVICIOS INFORMATICOS,S.L. NIGRÁN ENXEÑERÍA TÉCNICA FORESTAL, ESPECIALIDADE EN EXPLOTACIÓNS FORESTAIS P067 1 ALFREDO LOUREIRO GARCIA (OFICINA TÉCNICA FORESTAL) A ESTRADA ENXEÑERÍA TÉCNICA INDUSTRIAL EN ELECTRICIDADE P068 1 AYCAR PROYECTOS E INSTALACIONES S.L. VIGO ENXEÑERÍA TÉCNICA INDUSTRIAL EN ELECTRÓNICA INDUSTRIAL CON INGLÉS P069 1 LARPRO ENGINEERING, S.L. VIGO ENXEÑERÍA TÉCNICA INDUSTRIAL EN MECÁNICA P070 2 INGENIERÍA GALLEGA DE SISTEMAS AUTOMATIZADOS,S.L. VIGO DIGAFER, S.A. PONTEVEDRA ENXEÑERÍA TÉCNICA INDUSTRIAL EN QUÍMICA P071 1 ASM SOFT S.L. VIGO ENXEÑERÍA/ GRAO EN ENXEÑERÍA QUÍMICA P072 1 VIAQUA, GESTIÓN INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA S.A.U. PONTEVEDRA ENXEÑERÍA/ GRAO EN ENXEÑERÍA QUÍMICA CON INGLÉS P073 1 LONZA BIOLOGICS PORRIÑO, S.L. PORRIÑO ENXEÑERÍA/ GRAO EN INFORMÁTICA P074 12 CACTUS DIGITAL SL PONTEVEDRA GRUPO ENERGALICIA, S.A. TUI HACCE SOLUCIONES TIC SL VIGO MONET TECNOLOGÍA E INNOVACIÓN SL NIGRÁN ANUBÍA SOLUCIONES EN LA NUBE, S.L. VIGO AULATEL FORMACIÓN Y CONSULTORÍA S.L. VIGO ENXEÑERÍA/ GRAO EN INFORMÁTICA P074 12 EFLOX SOFTWARE, S.L. PONTEVEDRA IMAGINA INGENIO SL VIGO IMOTION FACTORY, S.L. PONTEVEDRA MACROSISTEMAS S.A. VIGO PETRILLA TECH S.L. VIGO PIRAGÜILLA SC ILLA DE AROUSA, A ENXEÑERÍA/ GRAO EN INFORMÁTICA CON INGLÉS P075 3 EDITORIAL GALAXIA S.A. VIGO MARIBOTONES C.B VIGO PARKAPP SL VIGO GRAO EN DESEÑO TÉXTIL E MODA P076 1 EL BAÚL DE MIS RECUERDOS SC CALDAS DE REIS GRAO EN ENXEÑERÍA DE EDIFICACIÓN/ ARQUITECTURA TÉCNICA P077 11 AQ7 ARCHITECTURE AND CONSTRUCTION. SLU O ROSAL AREEIRA S.L. NIGRÁN CONSTRUCCIONES ABAL S.A. MEIS CONSTRUCCIONES RAFER S.L. LALÍN CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS S.L. LALÍN GESCARPIN, S.L. PONTEVEDRA OHMIUM INGENIERÍA INDUSTRIAL, S.L. VIGO PROCAT INGENIERIA Y MEDIOAMBIENTE, S.L. NIGRÁN PROMOVE ÁREAS DE NEGOCIO, S.L. LALÍN REFORMAS Y SERV. INTEGRALES DE LA EDIFICACIÓN DEL NO, S.L. PONTEVEDRA PREVENCION Y PLANIFICACION SL CALDAS DE REIS GRAO EN NUTRICIÓN HUMANA E DIETÉTICA P078 1 COESCO-DEZA SL (CULINARIA) SILLEDA LICENCIATURA EN DEREITO RAMA ECONÓMICO-EMPRESARIAL P079 1 APRINCO MORRAZO, S.L. CANGAS DO MORRAZO LICENCIATURA EN FILOLOXÍA INGLESA/GRAO EN LINGUA E LITERATURA INGLESAS P080 2 ACADEMIA ALPHA ENGLISH S.L. CAMBADOS ASELP ECONOMISTAS SL PONTEVEDRA LICENCIATURA EN PSICOPEDAGOXÍA P081 1 GRUPO ACODE EDUCA S.L. LALÍN LICENCIATURA EN PSICOPEDAGOXÍA CON INGLÉS P082 1 ANA BELEN RODRIGUEZ REGAL (AVANZA CENTRO PSICOLÓXICO E PEDAGÓXICO) MOAÑA ACR ASESORES S. COOP. GALEGA VIGO AGULLA INVERSIONES 2006 S.L. BUEU LICENCIATURA/ GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS P083 46 ARA NEGOCIOS S.L. PONTEVEDRA ASESORES DE GALICIA, S.L. VILAGARCIA DE AROUSA CANEDA Y CHAMOSA ASESORES, S.C. CAMBADOS CONECTA COMUNICACIONES Y MEDIOS, S.L. VIGO E.D.I. 99 RECAMBIOS Y ACCESORIOS, S.L. PORRIÑO EMPRENDE FUTURO SL PONTEVEDRA ESCUELA ARONDOS FORMACION,SL VIGO ESQUIO INGENIERIA S.L. VIGO ESTACION DE SERVICIO CAMPOS, S.L. LALÍN FERNANDEZ Y TERZADO ASOCIADOS SL VIGO FOROX INNOVACION S.L. VIGO FOROX INNOVACION S.L. VIGO FRANCISCO ESTEVEZ ALONSO (ASESOR ECONOMISTA) VIGO GALIGES ASESORES SC CALDAS DE REIS GESTORIA ADMINISTRATIVA PALLARES, S.L.U. VIGO HUMBERTO LOMBA & ASOCIADOS, S.L. VIGO INFI CONSULTORES, C.B. VIGO INFORMATICA SAN BENITO, S.L. A GUARDA ITATI ASESORES, S.L. VILA DE CRUCES JÁVEGA SÁNCHEZ S.L. PONTEVEDRA JL FROIZ, S.L. GONDOMAR JM CORUJO ASESORES S.L. PONTEVEDRA LOIS CARRERA ABOGADOS, S.L.P. PONTEVEDRA M SONIA COSTAS LOMBA (ASESORÍA-GESTORÍA) NIGRÁN MACE 4 ASESORES S.L. PONTEVEDRA MAKARI SA VIGO ÓSCAR SILVEIRA PÍO (GESTORÍA) VIGO POMPAS FUNEBRES DEL ATLANTICO S.A VIGO PORTAL DE FORMACIÓN Y SERVICIOS PARA PYMES SL VIGO QUALITYNOVA CONSULTORES SL VIGO RENOA ASESORES, S.L.U A ESTRADA SIC GALICIA SLU MARÍN SIGA 98 SA PONTEVEDRA SOCIEDAD ELECTRICISTA DE TUY, S.A. TUI SULARRE, S.A PONTEVEDRA TALLERES ODL DE CARPINTERÍA METÁLICA, S.L. VALGA TC GROUP ATÁNTICO SL BARRO TSM GALLEGA DE AUTOMOCIÓN SL VIGO XESTION LABORAL GUIMARCE SL VIGO ASESORES TÉCNICOS MERCANTILES SL VILAGARCIA DE AROUSA GALICONTROL, S.A PONTEVEDRA GESTORIA FUENTES FERNANDEZ SL PONTEVEDRA SMG SERVICES & CONSULT SL VIGO VIGO MOVILIDAD SL VIGO LICENCIATURA/ GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECIÓN DE EMPRESAS CON INGLÉS P084 4 ALUMISEL, S.A.U. PORRIÑO CARLOS GONZALEZ VARELA (CULTIVO Y VENTA DEL MEJILLÓN) CANGAS DO MORRAZO GONZALALIN, SL LALÍN BODEGAS MARTÍN CÓDAX SAU CAMBADOS LICENCIATURA/ GRAO EN ARQUITECTURA P085 8 ALEJANDRO FERNÁNDEZ PALICIO (ESTUDIO DE ARQUITECTURA) VIGO MARÍA RÍOS CARBALLEIRA (ESTUDIO ARQUITECTURA) VIGO MARIA TERESA GOMEZ MORGADE (ESTUDIO DE ARQUITECTURA) PONTEVEDRA MAURO LOMBA MARTINEZ (ARQUITECTURA) PONTEVEDRA MONTAJES Y PROMOCIONES COYBA,SL MEAÑO PEDRO GONZÁLEZ SOUTO (ESTUDIO DE ARQUITECTURA) NIGRÁN SEVERO FERNANDEZ CASTRO- ESTUDIO ARQUITECTURA NIGRÁN VICTOR HERMO SANCHEZ (ESTUDIO DE ARQUITECTURA) PONTEVEDRA LICENCIATURA/ GRAO EN BELAS ARTES P086 1 BINOMIO COMUNICACIÓN C.B. VIGO LICENCIATURA/ GRAO EN BIOLOXÍA P087 3 AMPPLIO GESTIÓN EMPRESARIAL, S.L. VIGO MOLUSCOS RIAS GALLEGAS, S.A. PONTEVEDRA CALYMA CALIDAD, S.L. PONTEVEDRA LICENCIATURA/ GRAO EN BIOTECNOLOXÍA CON INGLÉS P088 1 LONZA BIOLOGICS PORRIÑO, S.L. PORRIÑO LICENCIATURA/ GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE P089 3 CENTRO DEPORTIVO LA CONDESA VILAGARCIA DE AROUSA MAREXADA. DEPORTE, LECER E CULTURA S.L. PONTEVEDRA MAREXADA. DEPORTE, LECER E CULTURA S.L. PONTEVEDRA LICENCIATURA/ GRAO EN CIENCIAS POLÍTICAS E DA ADMINISTRACIÓN CON INGLÉS P090 1 CONTEXTOS INFORMACION ESTRATEGIA Y COMUNICACION, SL VIGO LICENCIATURA/ GRAO EN COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL CON INGLÉS P091 2 EDITORIAL GALAXIA S.A. VIGO ENXAMIO SL PORRIÑO LICENCIATURA/ GRAO EN DEREITO P092 7 BASCUAS ASESORES, S.L. A ESTRADA EMPRENDE FUTURO SL PONTEVEDRA EQUANTIA GLOBAL BUSINESS, S.L. VIGO GESDEGAL, SLP BUEU LICENCIATURA/ GRAO EN DEREITO P092 7 LA FE PREVISORA COMPAÑIA DE SEGUROS S.A VIGO MÍGUEZ RÚA AVOGADOS S.L.P. VIGO MILAGROS FERNANDEZ CASTRO (BUFETE DE ABOGADOS) NIGRÁN LICENCIATURA/ GRAO EN DEREITO CON INGLÉS E FRANCÉS P093 1 ESMERARTE INDUSTRIAS CREATIVAS, S.L. VIGO LICENCIATURA/ GRAO EN ECONOMÍA P094 4 HIPERGARDEN A ESTRADA, S.L. A ESTRADA IVONPOUSA ASESORES FINANCIEROS, S.L. VIGO MARIA ELENA GONZÁLEZ MOLDES- GESTORÍA MOLDES CANGAS DO MORRAZO SIC GALICIA SLU MARÍN LICENCIATURA/ GRAO EN FARMACIA P095 6 FARMACIA ABRIL GOMEZ JOSE LUIS COTOBADE MARIA PAZ ABRIL GOMEZ (FARMACIA) VIGO SILVANA DOMÍNGUEZ REDONDO (FARMACIA). VIGO ORTODEZA, S.L. LALÍN MARÍA DOLORES PEREIRO ÁLVAREZ (FARMACIA) REDONDELA MARÍA PAZ ABRIL GÓMEZ (FARMACIA) VIGO LICENCIATURA/ GRAO EN FILOLOXÍA HISPÁNICA P096 1 JOSE A. GONZÁLEZ NORES CENTRO DE ESTUDIOS FORTE CANGAS DO MORRAZO LICENCIATURA/ GRAO EN FÍSICA P097 1 MARTA DIZ PIÑEIRO (ACADEMOS.SERVIZOS EDUCATIVOS) MEIS LICENCIATURA/ GRAO EN HISTORIA DA ARTE CON INGLÉS P098 1 FUNDACIÓN ESPECIAL NOVACAIXAGALICIA OBRA SOCIAL VIGO LICENCIATURA/ GRAO EN MATEMÁTICAS P099 1 MISIONERAS DIVINO MAESTRO VIGO LICENCIATURA/ GRAO EN ODONTOLOXÍA P100 2 CARLOS E. DUYMOVICH BALEISIS (CLINICA DENTAL) MEAÑO DENTASUR S.L. PONTEVEDRA LICENCIATURA/ GRAO EN PEDAGOXÍA P101 2 FORMAGAL FORMACIÓN Y SERVICOS S.L. PONTEVEDRA IDAE CONSULTORIA RRHH S.L. PONTEVEDRA LICENCIATURA/ GRAO EN PSICOLOXÍA P102 6 AMORALIA S.L TUI GRAÑA SAUDE SL VIGO TENDELAMAN, SL CANGAS DO MORRAZO VINCULO CENTRO DE ATENCION TEMPRANA S.L MOAÑA EBAM SALUD,S.L. POIO SACENDI, S.L. PONTEVEDRA LICENCIATURA/ GRAO EN PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS P103 12 AGUA DE MAYO MARKETING S.L. VIGO LICENCIATURA/ GRAO EN PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS P103 12 CACTUS DIGITAL SL PONTEVEDRA CANAL UNO DE COMUNICACIÓN S.L VIGO DELTIA, SL VIGO ESCOLAEMPREGO, S.L. SILLEDA ESCUELA EUROPEA DE LIDERES, S.L.U SILLEDA HERRERA MARKETING DIGITAL, S.L. VIGO PUBLIMIX SL VILAGARCIA DE AROUSA ASELP ECONOMISTAS SL PONTEVEDRA DOSAES GROUP,S.L. VIGO PEREGRINA GOURMET S.L. PONTEVEDRA SUMINISTRO INTEGRAL DEL AGUA, S.L. LALÍN LICENCIATURA/ GRAO EN PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS CON INGLÉS P104 1 EDITORIAL GALAXIA S.A. VIGO LICENCIATURA/ GRAO EN QUÍMICA P105 5 CISTERCIENSES MONASTERIO SANTA MARÍA DE ARMENTEIRA MEIS GONVARRI GALICIA S.A MARÍN IMERYS KILN FURNITURE ESPAÑA, S.A. A GUARDA ABCR LABORATORIOS, S.L. FORCAREI IMPEX EUROPA, S.L VILAGARCIA DE AROUSA LICENCIATURA/ GRAO EN QUÍMICA CON INGLÉS P106 3 LONZA BIOLOGICS PORRIÑO, S.L. PORRIÑO SANMARTÍN Y GIL CONSULTORES, S.L. LALÍN PROQUIDEZA, S.L. LALÍN LICENCIATURA/ GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN CON INGLÉS P107 1 VIDAHORA S.L. VIGO LICENCIATURA/ GRAO EN VETERINARIA P108 5 AGROBOTICA LALIN S.L. LALÍN FAUNA CLINICA VETERINARIA SLP PONTEVEDRA XUNCOGA S.C.G. LALÍN NUTRIMENTOS DEL CAMPO, S.A. DOZÓN APRODEZA, S.C.G. LALÍN LICENCIATURA/ GRAO EN XORNALISMO P109 3 ALOLA PUBLICIDAD S.L. TUI DOS ESPACIOS INTERNET CONSULTING, S.L. VILAGARCIA DE AROUSA HECTOR BERMUDEZ TOUCEDA (RADIO VALGA) VALGA 13.22290.- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA CREACIÓN DO CENTRO VIRTUAL DA CULTURA CASTREXA ENMARCADO NO PROXECTO DEPODEZA, COFINANCIADO POLO FEDER A Secretaría de Estado de Cooperación Territorial do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, a través da resolución de 22 de xuño de 2011, resolveu conceder financiamento ó Proxecto por importe de 5.622.475€, achegando a Deputación de Pontevedra un 30% (1.686.742,50€) e o FEDER un 70% (3.935.732,50€). A finalidade do Proxecto “depoDeza: dinamización económica da comarca do Deza” é cohesionar o territorio da comarca a través do aproveitamento dos seus recursos endóxenos, promovendo o desenvolvemento socioeconómico equilibrado e sostible. Unha das actuacións do Proxecto depoDeza é a posta en valor da cultura castrexa onde se enmarca a creación do Centro virtual da cultura castrexa orientado á conservación, divulgación e posta en valor da cultura castrexa. Sendo uns dos obxectivos desta actuación, fomentar a posta en valor do patrimonio cultural da provincia como instrumento de dinamización económica da Comarca. O obxecto da contratación é a creación do Centro virtual da cultura castrexa para dar resposta a actuación incluída no Proxecto depoDeza cofinanciado polo FEDER, mediante o fomento da posta en valor deste patrimonio cultural da provincia como instrumento de dinamización económica da comarca. O que se pretende é dar maior alcance á cultura castrexa conectando dous puntos de gran referencia. Por un lado, a Comarca do Deza, que é a comarca con máis castros de toda Galicia e, por outro lado, o Museo Provincial de Pontevedra da Deputación de Pontevedra que acolle, entre os seus fondos, materiais arqueolóxicos atopados nas escavacións realizadas nos castros da provincia, entre as que se atopan pezas da Comarca. O Centro virtual da cultura castrexa materializarase en dúas intervencións distintas: no Castro Tecnolóxico en Lalín e no Museo Provincial de Pontevedra. Desta forma, a Deputación de Pontevedra, mediante a execución desta actividade ofrece unha resposta integrada que persegue alcanzar os obxectivos seguintes: • Protexer e preservar a cultura castrexa como elemento esencial do patrimonio histórico-cultural da provincia e da comarca. Cumprido, a Deputación de Pontevedra, coa obrigación de protexer, defender, realzar e dar a coñecer o valor cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural da provincia, tal e como recolle a Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, no seu artigo 4. • Revitalización do sector turístico converténdose nun importante instrumento de dinamización económica da Comarca, aproveitando as sinerxías da provincia como motor de arrastre, mediante a protección e preservación do patrimonio histórico-cultural promovendo a súa divulgación e utilizando as novas tecnoloxías da información e comunicación como medio principal de interactuación e acercamento desta cultura á poboación e visitantes. Considerando os obxectivos formulados de cara ó desenvolvemento deste proxecto pola Deputación de Pontevedra e o carácter e a natureza dos traballos, a actuación contempla as seguintes actuacións: • Redacción dos proxectos museográficos executivos para as salas de arqueoloxía localizadas no edificio Sarmiento do Museo Provincial de Pontevedra (Pontevedra) e para os espazos do Castro Tecnolóxico localizados en Lalín (en adiante denominado Centro de Visitantes da Comarca de Deza: Paisaxe e Cultura-Centro Virtual de Deza). • Execución, subministro e instalación de todos os elementos necesarios para os espazos expositivos nas salas de arqueoloxía do edificio Sarmiento do Museo Provincial de Pontevedra e do Centro de Visitantes da Comarca de Deza. Inclúe a elaboración de recursos didácticos e educativos integrados na museografía e concibidos para todo tipo de público. • Elaboración dos manuais de funcionamento e mantemento das instalacións museográficas das salas de arqueoloxía do edificio Sarmiento do Museo Provincial de Pontevedra e do Centro de Visitantes da Comarca de Deza e plan de formación. A Xunta de Goberno na sesión do 27 de xuño acorda aprobar o expediente de contratación para a creación do Centro virtual da cultura castrexa enmarcada no Proxecto depoDeza, cofinanciado polo FEDER. En data 4 de xullo de 2014, publícase no BOP núm. 128 o anuncio do expediente, no que se establece o prazo de 15 días naturais a contar dende o día seguinte ó da publicación no BOP, para a presentación das ofertas. A Xefa do Servizo de Turismo, en data 3 de xullo de 2014 informa que o alcance do proxecto é de certa envergadura en canto que comprende a creación do centro en dúas intervencións distintas cunha mesma temática, a cultura castrexa con deseños museográficos diferentes e complementarios. A oferta técnica a presentar polas empresas comprende ademais da memoria de metodoloxía e contidos, o desenvolvemento dunha unidade expositiva para cada ámbito de intervención: Museo Provincial de Pontevedra e Centro de Visitantes da Comarca de Deza. Polo que solicita a modificación do prazo de presentación de ofertas de 15 a 30 días. Considerando que a disposición adicional segunda do Real decreto lexislativo 3/2001, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a). A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Ampliar o prazo de presentación de ofertas do procedemento aberto para a Creación do centro virtual da cultura castrexa enmarcada no proxecto depoDeza, cofinanciado nun 70% polo FEDER. O novo prazo será de 30 días a contar dende a publicación do anuncio de ampliación do prazo no Boletín Oficial da Provincia. 14.22291.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Deputación de Pontevedra convoca para o ano 2014 unhas axudas básicas de emerxencia co obxectivo de apoiar ós concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes de xeito excepcional e extraordinario, para que poidan atender as demandas de urxente e puntual necesidade dos cidadáns dos seus concellos que se atopen en situación de risco ou exclusión social, con especial atención a aquelas persoas con menores ó seu cargo nesta situación. Para levar a cabo esta convocatoria os técnicos dos Servizos Sociais do Centro Príncipe Felipe elaboraron unhas bases para regular a concesión de axudas que van destinadas ós servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra que tramitarán as axudas os beneficiarios, persoas maiores de idade empadroadas en calquera destes concellos, que carezan de ingresos suficientes para facer fronte ós gastos polos que se solicita a axuda. A tipoloxía das axudas abarca alimentación, uso de vivenda, pago de recibos, pago de produtos de hixiene e limpeza, pago de farmacia e pago de desprazamentos, figurando nas bases que se lle dará prioridade a cubrir as necesidades alimentarias dos nenos afectados polo peche de comedores escolares. A contía das axudas establecidas para os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra, está determinada para cada un en función da poboación e da porcentaxe de desemprego a respecto do total da súa poboación, ascendendo o importe global de todas as axudas á cantidade de 365.000,00 €. Resultando que con data 2 de xullo de 2014 o Sr. Secretario Accidental informa favorablemente as bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra. Resultando que con data 3 de xullo de 2014 a Xefa do Servizo de Fiscalización emite informe sobre a tramitación do expediente para aprobación das citadas bases, e deixa constancia de que a aplicación orzamentaria 14/232.233.462.00, considerase correcta, non obstante a data de emisión do informe non conta con crédito polo importe de 365.000,00 € ó que ascenden as axudas, motivo polo que a aprobación das bases debe quedar condicionada á dotación de crédito necesario na citada aplicación orzamentaria. Considerando que o órgano competente para a aprobación das bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra, para o exercicio 2014, é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado nas bases de execución do vixente orzamento provincial, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar as bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2014. 2. Que a eficacia deste acordo quede condicionada á existencia de crédito por importe de 365.000,00 € na aplicación orzamentaria 14/232.233.462.00 para facer fronte ás obrigas recollidas nas bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2014. Estas bases son como seguen: “AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Primeira. Obxecto e natureza. O Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu cofinanciamento, establece no seu artigo 31 que as deputacións lles proporcionarán asistencia económica, técnica e xurídica ós concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios municipais. É labor desta Deputación de Pontevedra apoiar ás corporacións locais da provincia que presten servizos sociais comunitarios municipais, en virtude das competencias atribuídas polo artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, que establece a competencia propia das deputacións provinciais para a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica ós concellos, especialmente ós de menor capacidade económica e de xestión, polos artigos 109.1.b da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia; 63 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e 31 do citado Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. Estas axudas xorden co obxecto de lles proporcionar ós concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico, de maneira excepcional e extraordinaria, para poderen atender as demandas de urxente e puntual necesidade dos cidadáns do concello, que se atopen en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a aquelas persoas con menores ó seu cargo que se atopen nesa situación. Segunda. Destinatarios da convocatoria. Servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra. Terceira. Contía das axudas. Establécese unha contía máxima dispoñible para cada concello da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes, en función da poboación e da porcentaxe de desemprego a respecto do total da súa poboación, segundo as cifras achegadas polo Servizo Público de Emprego. Puntuarase da seguinte maneira: 1. Número de habitantes: Menos de 5.000 habitantes 0,5 puntos Entre 5.001 e 10.000 habitantes 1 punto Entre 10.001 e 15.000 habitantes 1,5 puntos Entre 15.001 e 20.000 habitantes 2 puntos 2. Porcentaxe de poboación desempregada a respecto do total de poboación: Menos dun 5 % 0,5 puntos Entre 5,01 % e 10 % 1 puntos Entre 10,01 % e 15 % 1,5 puntos Mais dun 15 % 2 puntos Módulo económico máximo para cada concello: 1 punto 5.000 € 1,5 puntos 5.500 € 2 puntos 6.000 € 2,5 puntos 7.500 € 3 puntos 8.000 € 3,5 puntos 8.500 € 4 puntos 10.000 € (Ver anexo I para detalle da contía máxima que corresponde a cada concello). Cuarta. Persoas usuarias beneficiarias das axudas básicas de emerxencia. Persoas maiores de idade empadroadas en calquera dos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra, que xestionen a súa demanda a través dos servizos sociais comunitarios municipais do seu concello e que carezan de ingresos suficientes para lles facer fronte ós gastos polos que se solicita a axuda. Daráselle prioridade a cubrir as necesidades alimentarias dos nenos que, polo peche dos comedores escolares, se atopen en situación de exclusión social ou en risco de estalo. Quinta.Tipoloxía de axudas. a. Alimentación. Destinadas á compra de alimentos perecedoiros como complemento ás achegas de entidades de iniciativa social así como de alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais debido a restricións alimenticias prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc…). b. Uso da vivenda. Destinadas a posibilitar que se continúe habitando a vivenda habitual: - Axudas para o pagamento de débedas de alugueiro que impidan o desafiuzamento. - Axudas para o pago de hipoteca, de maneira excepcional, cando a contía dunha das cotas sexa inferior a 400 € e a débeda non sexa maior de dúas cotas. c. Pago de recibos. Destinadas a evitar a perda de subministracións básicas da vivenda e paliar situacións de empobrecemento enerxético: recibo de electricidade, gas ou auga. d. Pago de produtos de hixiene e limpeza. Destinados á compra de produtos básicos de uso común para a limpeza da vivenda (lixivia, líquido lavalouza,…) así como de produtos de aseo persoal (xabón, desodorizante, produtos de hixiene feminina, etc). e. Pago de farmacia. Destinadas ó pago de produtos farmacéuticos prescritos por un facultativo especialista e/ou polos médicos de atención primaria. A axuda será equivalente á achega do usuario. f. Pago de desprazamentos. Destinadas ó pagamento de desprazamentos a recursos asistenciais ou sanitarios fóra do propio concello cando sexan debidos a tratamentos, xestións ou actividades que non poidan ser levadas a cabo dentro deste. Así mesmo, realizaranse pagos de desprazamentos dentro do propio concello cando estes sexan motivados polas xestións ou actividades relacionadas co programa de educación familiar, servizo de axuda no fogar, ou asistencia a recursos sociais, educativos ou sanitarios do propio concello. Sexta. Documentación, forma e prazo de solicitude para os concellos. O formulario para solicitar a participación nesta convocatoria estará a disposición dos concellos no enderezo www.depo.es. Nel deberase indicar a cantidade solicitada a este organismo provincial, atendendo ó máximo estipulado para o seu concello. Este formulario, debidamente cuberto, deberá ser asinado polo secretario ou secretaria do concello e presentarse no Rexistro xeral da Deputación: - Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a venres de 8:30 a 14:30h e sábados de 9 a 13h). - Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres de 9 a 14h). Tamén poderá entregarse dos xeitos que se establecen no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Sétima. Instrución e resolución. A instrución do procedemento de concesión das axudas correspóndelle ós técnicos de servizos sociais, que realizarán de oficio as actuacións que estimen necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos expedientes. Así mesmo, deberán elaborar un informe-proposta explicando e motivando a aplicación dos criterios de concesión establecidos na base terceira, que se elevará á Xunta de Goberno para a súa aprobación definitiva. Transcorridos tres meses a partir do día seguinte ó que remate o prazo de presentación da solicitude sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. Oitava. Pagamento e xustificación. Estas axudas aboaránselles directamente ós concellos logo da súa aprobación en Xunta de Goberno. Procederase ó pagamento anticipado do 50% da axuda provincial logo de comprobar que a entidade receptora cumpre coas obrigas tributarias coa AEAT, coa Deputación de Pontevedra e coa Seguridade Social. A acreditación do cumprimento destas obrigas poderá realizarse mediante a presentación dos correspondentes certificados ou ben autorizando á Deputación para que os obteña telematicamente. O cumprimento das obrigas tributarias coa institución provincial comprobarao esta de oficio. O 50% restante librarase tras a xustificación da completa execución do programa, integrada pola seguinte documentación: 1. Copia compulsada das facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida. 2. Conta xustificativa dos gastos polo importe total da subvención concedida ó concello na que se determinará o custo ou o gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de relevo que os gastos que figuran nesta conta xustificativa se lle aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. Indicarase que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal e como se establece na base 25.8ª.2.c das de execución do vixente orzamento provincial. (Modelo dispoñible na páxina web www.depo.es) 3. Memoria de actividade no modelo normalizado dispoñible no enderezo www.depo.es, realizada polo traballador ou traballadora social responsable dos servizos sociais comunitarios municipais. No caso de que a contía xustificada sexa inferior ó importe solicitado e recibido procederase ó reintegro das cantidades indebidamente percibidas, de conformidade co establecido no artigo 89 do R. d. 887/2006, de 21 xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003 xeral de subvencións. O prazo de presentación da documentación xustificativa rematará o 28 de febreiro de 2015. Novena. Financiamento. A contía consignada para esta convocatoria ascende a 365.000 €, con cargo á aplicación 14/232.233.462.00 do orzamento provincial. Décima. Vixencia. Esta convocatoria terá vixencia ata o 31 de decembro de 2014. Undécima. Réxime xurídico, responsabilidade e réxime sancionador das achegas económicas previstas nesta convocatoria. Estas axudas rexeranse polo establecido nestas bases, sendo as normas da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, de aplicación supletoria, así como as Bases de execución dos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o ano 2014. As entidades beneficiarias das achegas quedarán sometidas ó establecido no Código Penal (Lei orgánica 10/1995, de 23 de novembro) e ás responsabilidades e ó réxime sancionador establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Duodécima. Interpretación. A interpretación e a resolución das dúbidas que puidesen xurdir serán resoltas polo presidente do organismo provincial, previo informe de Secretaría e de Intervención. Para o non disposto expresamente nestas bases aplicarase de xeito supletorio o establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Anexo I Axudas básicas de emerxencia. Municipios de menos de 5.000 habitantes: Puntuación Contía máxima Agolada 1,5 5.500 € Arbo 2 6.000 € Barro 2 6.000 € Campo Lameiro 2 6.000 € Catoira 2 6.000 € Cerdedo 1,5 5.500 € Cotobade 2 6.000 € Covelo 1,5 5.500 € Crecente 1,5 5.500 € Cuntis 2 6.000 € Dozón 1,5 5.500 € Forcarei 1,5 5.500 € Fornelos de Montes 2 6.000 € Lama, A 1,5 5.500 € Mondariz 2 6.000 € Mondariz-Balneario 1,5 5.500 € Moraña 2 6.000 € Neves, As 2 6.000 € Oia 2 6.000 € Pazos de Borbén 2,5 7.500 € Pontecesures 2 6.000 € Portas 2 6.000 € Rodeiro 1 5.000 € Total 134.500 € Municipios de entre 5.001 e 10.000 habitantes Puntuación Contía máxima Cañiza, A 2,5 7.500 € Illa de Arousa, A 2 6.000 € Meaño 2,5 7.500 € Meis 2,5 7.500 € Ponte Caldelas 2,5 7.500 € Ribadumia 2,5 7.500 € Rosal, O 2,5 7.500 € Salceda de Caselas 2,5 7.500 € Salvaterra de Miño 2,5 7.500 € Silleda 2 6.000 € Soutomaior 2,5 7.500 € Valga 2,5 7.500 € Vila de Cruces 2 6.000 € Vilaboa 2,5 7.500 € Total 100.500 € Municipios de entre 10.001 e 15.000 habitantes Puntuación Contía máxima Baiona 3 8.000 € Bueu 2,5 7.500 € Caldas de Reis 3 8.000 € Cambados 3 8.000 € Gondomar 3 8.000 € Grove, O 3 8.000 € Guarda, A 2,5 7.500 € Tomiño 3 8.000 € Vilanova de Arousa 3 8.000 € Total 71.000 € Municipios de entre 15.001 e 20.000 habitantes Puntuación Contía máxima Moaña 3,5 8.500 € Mos 3,5 8.500 € Nigrán 3 8.000 € Poio 3,5 8.500 € Porriño, O 3,5 8.500 € Sanxenxo 3,5 8.500 € Tui 3,5 8.500 € Total 59.000 € Total 365.000,00 €” 15.22292.- DESESTIMACIÓN DE PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Con data 6 de xuño de 2014, D. Francisco Javier Couñago Magariños, funcionario de carreira adscrito ó Servizo de Novas Tecnoloxías desta Excma. Deputación Provincial, expón que o 12 de xuño de 2014 celébrase en Madrid o “7º Expo & Conference DatacenterDynamics Converged Madrid”, onde se levarán a cabo múltiples conferencias e presentacións de provedores focalizadas no sector dos Centro de Procesos de Datos (CPD), o Bigdata e outros temas relacionados con diversos proxectos tecnolóxicos, que actualmente estanse desenvolvendo na Deputación de Pontevedra por exemplo o depoCloud. Solicita permiso para ausentarse do seu posto de traballo o 12 de xuño de 2014 para asistir a dito Congreso, así como a axuda económica correspondente. Por acordo número 9.14880 adoptado pola Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria celebrada o día 9 de marzo de 2007 desenvólvese a “normativa reguladora das licenzas e axudas económicas para a asistencia a cursos, conferencias, congresos, seminarios, xornadas e reunións”. O apartado A.3) sinala que a petición de licenza e axuda económica no seu caso (matrícula, gastos de desprazamento, axudas …) formularaa o interesado con antelación suficiente, non inferior a un mes, a través do Xefe do Servizo, Centro ou Unidade respectiva, quen informará a petición, precisando as razóns que determinan que esta deba ser atendida. Seguidamente, e con polo menos quince días de antelación á data de iniciación do curso, trasladarase, a través do Rexistro xeral da Deputación ó Servizo de Recursos Humanos e Formación para a súa tramitación. O procedemento esixe ademais que o Servizo de Recursos Humanos solicite o visto bo da Deputada Da. Begoña Estévez Bernárdez, que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación. Aínda que a solicitude é informada favorablemente polo Xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías, D. Amancio Varela García, a Deputada non conformou a solicitude ó realizar o desprazamento sen autorización previa. De acordo con todo o exposto, ó amparo do establecido nos acordos da Xunta de Goberno número 14.15813 de data 23 de xaneiro de 2008 e 9.14880 de 9 de marzo de 2007, e R.d. 462/2002 de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a solicitude presentada por D. Francisco Javier Couñago Magariños. 16.22293.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DA BOLSEIRA ELBA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ NA EMPRESA JG PROJECT, GESTIÓN, TECNOLOGÍA Y MARKETING, S.L.U. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse as becas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 30 de decembro de 2013 iniciou as súas prácticas laborais do expediente E64 da titulación Enxeñería industrial, a bolseira Elba Fernández Fernández na empresa JG Proyect, Gestión, Tecnología y Márketing, S.L.U. Con data de 1 de xullo de 2014 a bolseira Elba Fernández Fernández presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 4 de xullo de 2014. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas laborais da bolseira Elba Fernández Fernández do expediente E-64 na empresa JG Proyect, Gestión, Tecnología y Márketing, S.L.U. con efectos do día 4 de xullo de 2014. 17.22294.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÓS CONCELLOS E ENTIDADES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES 2014 – CONCORRENCIA COMPETITIVA A Xunta de Goberno, á vista dos expedientes e dos informes da Comisión avaliadora e da Intervención provincial, acorda por unanimidade: Aprobar a concesión de subvencións ós concellos e entidades da provincia, que figuran en anexo aparte, para as actividades que se relacionan no mesmo, por un importe total de oitocentos mil euros (800.000,00 €) dentro do 80% da contía do programa reservada ó procedemento de concorrencia competitiva, todas elas con cargo ó Programa de acción municipal, sección actividades 2014, aplicacións 942.942.462.00; 942.231.462.00 (actividades de acción social), 942.334.462.00 (actividades culturais) e 942.341.462.00 (actividades deportivas) do vixente orzamento provincial, con suxeición ás condicións seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar coa realización das ditas actividades, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. b) Para o aboamento da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das actividades, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do 1 de marzo do 2015, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. Dito anexo é como segue: 18.22295.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CANGAS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “AMPLIACIÓN DA CASA DO MÉDICO DE HÍO”, INCLUÍDO NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Cangas no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14), procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Ampliación da casa do médico de Hío”; vistos os informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Cangas con CIF núm. P3600800A, a cantidade de cento un mil trescentos corenta e cinco euros con sesenta e cinco céntimos (101.345,65€), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00945/201400096), denominado “Ampliación da casa do médico de Hío” cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, 223.252,33 €. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial na que existe crédito para facer fronte a este gasto. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 19.22296.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MEAÑO PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “MELLORA E PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO DE VILAXUEGA”, INCLUÍDO NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Meaño no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14), procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Mellora e Pavimentación do Camiño de Vilaxuega”; vistos os informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Meaño con CIF núm. P3602700A, a cantidade de cento cinco mil cento setenta e sete euros con trinta e seis euros (105.177,36€), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00978/201400094), denominado “Mellora e pavimentación do camiño de Vilaxuega” cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, 105.177,36 €. Non obstante, esta concesión queda condicionada, tal e como se desprende do informe da Intervención provincial, a que antes do 31 de decembro de 2014 o Concello de Meaño achegue a acta de trazado e a certificación que acredite a aprobación do proxecto e a dispoñibilidade dos terreos necesarios para a normal execución da obra; en todo caso, esta documentación deberá constar no Servizo de Cooperación no momento de xustificar o investimento tal e como se reflicte na base décimo sexta das reguladoras do PUSIM/14. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 20.22297.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MOAÑA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO “MELLORA DA SEGURIDADE NA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, MOAÑA” INCLUÍDO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS PROVINCIAIS 2013 (POSP/13) Resultando que o Concello de Moaña solicitou formalmente e en prazo unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Mellora da seguridade na rúa Concepción Arenal, Moaña”; e vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa por libre disposición no Plan de obras e servizos provinciais 2013, segundo as bases reguladoras aprobadas polo Pleno Provincial, en sesión ordinaria de 07/08/2013. Vistos o informe-proposta da Xefa do Servizo de Cooperación, o informe do Servizo de Infraestruturas de supervisión e comprobación do proxecto do investimento proposto, e o informe da Intervención provincial de fiscalización do expediente de concesión de subvención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Conceder ó Concello de Moaña, CIF.:P3602900G, unha subvención por importe de douscentos corenta e un mil novecentos corenta e oito euros con corenta e nove céntimos (241.948,49 €) para a realización do investimento “Mellora da seguridade na rúa Concepción Arenal, Moaña” (Ref.: POSP/13/00643/2013000147)”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 241.948,49€. Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.652.45.2013 do orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. 2.- Iniciar o expediente de contratación do investimento salientado, de conformidade co artigo 109 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 21.22298.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 6.22147 ADOPTADO EN XUNTA DE GOBERNO DE DATA 4/06/2014 RELATIVO Á CONCESIÓN DE AXUDAS DO PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2014 Resultando que se advertiu un erro no acordo núm. 6.22147, adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do 4 de xuño de 2014, relativo á concesión de axudas e subvencións para a execución do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2014, con respecto á aplicación orzamentaria á que se debe imputar o gasto. Considerando que as Administracións públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Corrixir o acordo núm. 6.22147, adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión do 4 de xuño de 2014, procédese á súa rectificación, no senso que se debe substituír a aplicación orzamentaria 14/942.942.462.03, á que se imputa o gasto erroneamente, pola correcta, que é a 14/942.942.462.95. 22.22299.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 8.22217 ADOPTADO EN XUNTA DE GOBERNO DE DATA 20/06/2014 RELATIVO Á CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PORTAS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “PAVIMENTACIÓN DE PISTAS E CAMIÑOS NO CONCELLO DE PORTAS” En data 20 de xuño de 2014 adoptouse acordo polo que se concede ó Concello de Portas da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde a Portas no Plan Urxente de Mantemento de Infraestruturas Municipais para o ano 2014 (PUSIM/14) para a realización do investimento “Pavimentación de pistas e camiños no Concello de Portas”, (Ref.:PUSIM/14/00922/201400077) por un orzamento total de 117.887,81 €; advertíndose un erro de feito na transcrición de dito acordo. Segundo o artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as Administracións públicas poderán, rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos; polo que, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Rectificar o acordo nº 8.22217 da Xunta de Goberno de 20 de xuño de 2014 polo que se lle concede ó Concello de Portas subvención para a realización do investimento “Pavimentación de pistas e camiños no Concello de Portas”, (Ref.: PUSIM/14/00922/201400077), no senso que onde di: “CONCEDER ó Concello de Portas con CIF núm. P3603500D” Debe dicir: “CONCEDER ó Concello de Portas con CIF núm. P3604000D”. - Mantense invariable o resto do texto do acordo. 23.22300.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Acctal.,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición