Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2014-08-01_Ordinaria. Acta de sesión 2014/08/01_Ordinaria
Acta de sesión 2014/08/01_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.832/1.2014-08-01_Ordinaria
Título Acta de sesión 2014/08/01_Ordinaria
Data(s) 2014 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e trinta minutos do día un de agosto do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.22387.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 9 de xullo de 2014. 2.22388.- CONCESIÓN DE DIVERSOS ANTICIPOS A VARIOS CONCELLOS DA PROVINCIA Resultando que a Xunta de Goberno da Deputación, na sesión ordinaria do día 13 de xuño de 2014, acordou ampliar o prazo para promover unha nova convocatoria na concesión por concorrencia competitiva de anticipos a municipios da Provincia de Pontevedra 2014, con suxeición as bases aprobadas por acordo núm. 2.21735 da Xunta do Goberno do día 30 de xaneiro de 2014, cuxo obxecto é o de regular a concesión de préstamos sen xuros para financiar investimentos cofinanciados con fondos Europeos ou incluídos en plans provinciais, estatais, municipais ou da Comunidade Autónoma e, excepcionalmente, con destino ó financiamento de operacións de tesourería. O acordo relativo a esta ampliación do prazo para promover unha segunda convocatoria publicouse no BOP núm. 115, de 17 de xuño de 2014, así como nos medios informáticos, promovéndose a concorrencia de solicitudes ata o día 10 de xullo de 2014. Vistas as solicitudes achegadas e toda a documentación necesaria para a válida concesión dos anticipos. Visto o informe-proposta da Xefa do Servizo de Cooperación segundo o cal conclúese favorablemente a concesión dos anticipos. Visto o informe de fiscalización dos expedientes de concesión dos préstamos solicitados e vista a acta da Comisión de Valoración, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Conceder ós concellos que se relacionan de seguido os préstamos sen xuros salientados con destino ó financiamento de investimentos e, excepcionalmente, ó financiamento dunha operación de tesourería: a) Concello do Grove, CIF.: P-3602200B, por importe de 250.000,00€ con destino ó financiamento do “Centro de investigación, desenvolvemento e divulgación da carpintería de Ribeira-1ª fase”. b) Concello do Grove, CIF.: P-3602200B, por importe de 150.000,00€ con destino ó financiamento de “Ximnasios no polideportivo do Grove”. c) Concello de Salvaterra de Miño, CIF.: P-3605000C, por importe de 167.600,00€ con destino á “Adquisición dun camión de bacheo”. d) Concello de Meis, CIF.: P-3602800I, por importe de 40.028,00€ con destino á “Adquisición de terreos para a mellora de camiños e praza nos lugares de Seixo e Monte de Casa”. e) Concello de Oia, CIF.: P-3603600B, por importe de 264.000,00€ con destino ó financiamento dunha operación de tesourería. Non obstante, tendo en conta o disposto no artigo 22.2 letra m da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, que atribúe ó Pleno a competencia para concertar operacións de tesourería, cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15% dos ingresos liquidados no exercicio anterior, a presente concesión queda condicionada ó compromiso da Alcaldía de levar ó Pleno Municipal, na primeira sesión que se celebre, as condicións relativas ó anticipo solicitado. Estes anticipos financiaranse contra a aplicación 2014/942.942.821.20 do vixente Orzamento provincial, na que existe crédito para facer fronte ó gasto. En todo caso, a concesión dos anticipos queda suxeita ás condicións seguintes: a) Os anticipos outórganse para a execución das actuacións salientadas, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas, salvo que formal e motivadamente se solicite antes da finalización do prazo de disposición. b) O pagamento das disposicións do anticipo farase á medida que se xustifique a realización das actuacións que se financian con este; aboándose para cada xustificación que se presente a parte proporcional en relación ó custo total do investimento, agás cando se trata da adquisición de bens inmobles nos que pode achegarse a copia cotexada da escritura pública ou do contrato de compravenda despois da disposición do anticipo. A xustificación axustarase estritamente ó disposto nas Bases Reguladoras de anticipos e na Lei 38/2003, xeral de subvencións. Non procederá o pago das disposicións nin a formalización dos contratos se os Concellos teñen cotas de amortización pendentes de pago coa Deputación. c) En canto o prazo de amortización dos anticipos, tal e como se reflicte na base décimo cuarta, non pode superar os quince anos a contar dende ó seguinte ó da formalización do contrato. Non obstante, para os Concellos do Grove e Meis, en atención as súas peticións, e para o Concello de Oia, por tratarse dunha operación de tesourería, fíxase un prazo de amortización menor, de xeito que: - O Concello do Grove reintegrará os préstamos concertados nun prazo de dez anos. - O Concello de Meis amortizará o préstamo no presente exercicio e con cargo ó crédito que ten asignado no PUSIM/14 e, - O Concello de Oia deberá efectuar o reintegro do anticipo no prazo dun ano a contar dende a sinatura do contrato. d) O resto das obrigas relativas á concesión, xustificación e datas de reintegro destes anticipos concretaranse de xeito pormenorizado nun contrato que será asinado polas partes. e) Previamente á formalización do devandito contrato os concellos aboarán o 2%, por unha soa vez, para facer fronte ós gastos de administración. 2. Facultar ó Presidente da Deputación para a formalización dos contratos dos préstamos salientados mediante a súa sinatura. 3.22389.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE AS NEVES PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “ACONDICIONAMENTO E MELLORA DE INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTOS MUNICIPAIS”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó concello de As Neves no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14) polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Acondicionamento e mellora de infraestruturas e equipamentos municipais”; e á vista dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de As Neves con CIF núm. P3603400G, a cantidade de oitenta e seis mil seiscentos oitenta e sete euros con vinte e tres céntimos (86.687,23 €), para a realización do investimento (Ref.:PUSIM/14/00982/201400141), denominado “Acondicionamento e mellora de infraestruturas e equipamentos municipais”, cun orzamento polo mesmo importe (86.687,23 €). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 4.22390.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “VESTIARIOS CAMPO DE FÚTBOL”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Retírase da orde do día dito expediente para mellor estudo, expediente relativo á concesión de subvención ó Concello de Campo Lameiro para a realización do investimento denominado “Vestiarios campo de fútbol”, incluída no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14). 5.22391.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CANGAS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “PROXECTO DE MELLORA DE SERVIZOS E PAVIMENTACIÓN NA RÚA PABLO IGLESIAS”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Resultando que o Concello de Cangas solicitou formalmente unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Proxecto de mellora de servizos e pavimentación na rúa Pablo Iglesias”; e vista á solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14), e á vista dos informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da base 16.2 das de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Cangas con CIF núm. P3600800A, a cantidade de cento noventa e sete mil catrocentos oito euros con sesenta e catro céntimos (197.408,64 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00945/201400142), denominado “Proxecto de mellora de servizos e pavimentación na rúa Pablo Iglesias”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de (197.408,64 €). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 6.22392.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE A ESTRADA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “MELLORA DE CAMIÑOS NO CONCELLO DE A ESTRADA”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Resultando que o Concello de A Estrada solicitou formalmente unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Mellora de camiños no Concello de A Estrada”; vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14), e vistos os informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da base 16.2 das de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de A Estrada con CIF núm. P3601700B, a cantidade de douscentos trinta e nove mil seiscentos trinta e seis euros con trinta e sete céntimos (239.636,37 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00713/201400144), denominado “Mellora de camiños no Concello de A Estrada”, cun orzamento polo mesmo importe (239.636,37 €). Non obstante, tal e como se reflicte no informe da Intervención, de data 29 de xullo de 2014, será necesario que o Concello achegue os formularios correctos antes do 31 de decembro de 2014. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 7.22393.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE A ESTRADA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO “CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS NA AVENIDA FERNANDO CONDE” INCLUÍDO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS PROVINCIAIS 2013 (POSP/13) Resultando que o Concello de A Estrada solicitou formalmente unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Construción de beirarrúas na Avenida Fernando Conde”; vista á solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa no Plan de obras e servizos provinciais 2013, segundo as bases reguladoras aprobadas polo Pleno provincial, en sesión ordinaria de 07/08/2013 (aplicación 2014/942.942.652.45.2013). Vistos o informe-proposta da Xefa do Servizo de Cooperación, o informe do Servizo de Infraestruturas de supervisión e comprobación do proxecto do investimento proposto, e o informe da Intervención provincial de fiscalización do expediente de concesión de subvención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Conceder ó Concello de A Estrada, CIF.:P-3601700B, unha subvención por importe de cento sesenta e catro mil catrocentos setenta e oito euros con setenta e sete céntimos (164.478,77 €) para a realización do investimento “Construción de beirarrúas na Avenida Fernando Conde” (Ref.: POSP/13/00713/2013000151)”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de (164.478,77 €). Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.652.45.2013 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. 2. Iniciar o expediente de contratación do investimento salientado, de conformidade co artigo 109 do R.d.l. 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 8.22394.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE A ESTRADA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO “CONSTRUCIÓN DE SENDA PEONIL EN OUZANDE” INCLUÍDO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS PROVINCIAIS 2013 (POSP/13) Resultando que o Concello de A Estrada solicitou formalmente unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Construción de senda peonil en Ouzande”; e vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa no Plan de obras e servizos provinciais 2013, segundo as bases reguladoras aprobadas polo Pleno provincial, en sesión ordinaria de 07/08/2013 (aplicación 2014/942.942.652.45.2013). Vistos o informe-proposta da Xefa do Servizo de Cooperación, o informe do Servizo de Infraestruturas de supervisión e comprobación do proxecto do investimento proposto, e o informe da Intervención provincial de fiscalización do expediente de concesión de subvención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Conceder ó Concello de A Estrada, CIF.:P-3601700B, unha subvención por importe de setenta e dous mil trescentos cinco euros con cincuenta e nove céntimos (72.305,59 €) para a realización do investimento “Construción de senda peonil en Ouzande” (Ref.: POSP/13/00713/2013000152)”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de (72.305,59 €). Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.652.45.2013 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. 2. Iniciar o expediente de contratación do investimento salientado, de conformidade co artigo 109 do R.d.l. 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 9.22395.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DA BOLSEIRA ÚRSULA LORENZO RUIBAL NA EMPRESA MÁIS DESEÑO SILLEDA, S.L. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse as becas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 30 de decembro de 2013 iniciou as súas prácticas laborais do expediente E103 da titulación Licenciatura en Xornalismo, a bolseira Úrsula Lorenzo Ruibal na empresa Máis Deseño Silleda S.L. Con data de 21 de xullo de 2014 a bolseira Úrsula Lorenzo Ruibal presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 31 de xullo de 2014. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Úrsula Lorenzo Ruibal na empresa Máis Deseño Silleda S.L. con efectos do día 31 de xullo de 2014. 10.22396.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS DO SECTOR TURÍSTICO POR RENUNCIA DA BOLSEIRA CECILIA GONZÁLEZ SABARÍS NA EMPRESA JOSÉ FERNÁNDEZ AGRELO Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de xuño de 2014 adxudicáronse 24 bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de xuño de 2014 e por un período de tres meses, prorrogables por outros tres se o volume da actividade da empresa así o xustifica podendo incluso en casos excepcionais ampliarse a un ano sempre que exista dotación orzamentaria. O pasado 1 de xullo de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente T3 da titulación Ciclo Superior en dirección de Servizos de Restauración, Cecilia González Sabarís na empresa José Fernández Agrelo. A bolseira Cecilia González Sabarís presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 15 de maio de 2014, por ter que renunciar a varias ofertas de emprego por estar realizando a bolsa. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas a bolsa de Cecilia González Sabarís na empresa José Fernández Agrelo con efectos do día 15 de xullo de 2014. 11.22397.- INADMISIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON RAMÓN JÁUDENES LÓPEZ DE CASTRO EN REPRESENTACIÓN DE DONA MARÍA DEL CARMEN PÉREZ BAÑOS POR DANOS EN VEHÍCULO NA N-640 (CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA Dada conta que con data de rexistro de entrada 08/07/14 (rex. núm. 2014069103) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por Don Ramón Jáudenes López de Castro en representación de Dona María del Carmen Pérez Baños por danos en vehículo producidos a consecuencia da irrupción dun xabaril na N-640 de Barres (N-634) a Vilagarcía de Arousa, no Concello de Vilagarcía de Arousa, o día 02/12/13 e que cuantificou economicamente en 1.995,24 €. Resultando.- Que con data 16/07/14 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 21/07/14 co seguinte contido: “Levadas a cabo as oportunas comprobacións por parte dos técnicos do Servizo, informamos que o punto referido como lugar do sinistro, atópase nun tramo de vial de titularidade estatal, competencia do Ministerio de Fomento”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92, en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita solicitude de indemnización. 12.22398.- INADMISIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL TRASLADADA POLO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA POR DANOS EN VEHÍCULO NO LUGAR DE A CERCA (CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA Dada conta que con data de rexistro de entrada 08/07/14 (rex. núm. 2014068968) tivo entrada nesta Deputación traslado de solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial por danos nun vehículo producidos a consecuencia da colisión cun poste de alumeado que se atopaba sen sinalizar dentro do carril de circulación, á altura do nº 18 do lugar de A Cerca (sentido da marcha Corón-casco urbano) no Concello de Vilanova de Arousa, o día 31/05/13 e que foi presentada perante o citado Concello por D. Juan Carlos Rodríguez Méndez o día 10/06/13. Resultando.- Que con data 16/17/14 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 21/07/14 co seguinte contido: “Levadas a cabo as oportunas comprobacións por parte de técnicos do Servizo, informamos que o punto referido como nº 18 do Lugar de A Cerca no Concello de Vilanova de Arousa, atópase nun vial de titularidade municipal”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92, en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita solicitude de indemnización. 13.22399.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.22400.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILA DE CRUCES PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “MELLORA DE CAMIÑOS EN OBRA E BRANDOMÉS”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó concello de Vila de Cruces no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14) polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento denominado “Mellora de camiños en Obra e Brandomés”; e á vista dos informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da base 16.2 das de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Vila de Cruces con CIF núm. P3605900D, a cantidade de setenta e sete mil catro euros con oitenta céntimos (77.004,80 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00917/201400068), denominado “Mellora de camiños en Obra e Brandomés”, cun orzamento polo mesmo importe (77.004,80 €). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 15.22401.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL CON DESTINO A EMPRESAS DO SECTOR TURÍSTICO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2014 No Boletín Oficial da Provincia nº 129, de data 7 de xullo de 2014,publicáronse as bases reguladores da convocatoria de 6 bolsas de Práctica laboral en empresas do sector turístico da Provincia de Pontevedra destinadas a titulados universitarios e de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Considerando que o procedemento de selección, asignación e distribución dos bolseiros por empresas levouse a cabo conforme o establecido nas bases sexta, sétima e oitava da convocatoria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar as referidas bolsas ós 2 aspirantes que se relacionan no anexo I, tal e como se detalla por número de expediente, titulación, importe e empresa de destino, con efectos 1 de agosto do 2014 e por un período de tres meses, podendo ser prorrogadas por outros 3 meses por acordo da Xunta de Goberno, se o volume da actividade da empresa así o xustifica, podendo incluso en casos excepcionais ampliarse a un ano sempre que exista dotación orzamentaria. A dotación económica das bolsas imputarase ás aplicacións orzamentarias 13/921.920.481.47 e 13/921.920.160.47. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, agás as indemnizacións por razón do servizo, que deberá sufragar a empresa. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin coa empresa na que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vencello con este organismo provincial nin coa referida empresa. As empresas deberán cumprir o proxecto ou programa formativo presentado e designar un traballador da empresa que asuma a función de titor e que se encargue de facilitar a integración do bolseiro na empresa, de dirixir, controlar e supervisar as tarefas encomendadas. De dita designación darase traslado ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra a fin de poder facer un seguimento e avaliación das prácticas. Así, antes de que transcorran os últimos quince días do segundo mes do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación e proposta de prórroga, se procede, que será trasladado ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación para a súa tramitación, cun mes de antelación á data sinalada de finalización. A Xunta de Goberno, previo informe da xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, resolverá esta solicitude, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e o aproveitamento demostrado polo bolseiro. No caso de que o bolseiro renuncie antes da finalización do período de prácticas, deberá presentar no Rexistro xeral da Deputación Provincial a correspondente solicitude dirixida ó Servizo de RR.HH. e Formación e informar previamente ó seu titor. En tal situación, a empresa poderá solicitar que se cubra a bolsa que queda vacante polo tempo restante cun candidato suplente, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. Dito anexo é como segue: ANEXO I Nº Exp. Titulacións Empresa Importe Nome 1ºapelido 2ºapelido 1 T4 Ciclo superior en guía, información e asistencia turísticas Cooperativa Vitivinícola Arousa Sociedad Cooperativa Galega 700,00 € Iria Tilve Escudeiro 2 T4 Ciclo superior en guía, información e asistencia turísticas Hotel Caribe Sanxenxo, S.L 700,00 € Daniel López Garrido 16.22402.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 1 de agosto de 2014, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran ca referencia 2014011573 e que contén dúas facturas, correspondendo a primeira a Intervento 2, S.L., por importe de 33.574,79€, e a derradeira a Formagal, Formación y Servicios, por importe de 9.082,00€, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 42.656,79 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 42.656,79 € 17.22403.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE OBRA “CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL E INSTALACIÓN COMPLEMENTARIAS NO CONCELLO DE RIBADUMIA” Tras a declaración da necesidade e idoneidade que figura na petición de inicio do expediente por Infraestruturas, motivándose de maneira suficiente a conveniencia de emprender en beneficio do interese público a execución da obra “Campo de fútbol de céspede artificial e instalacións complementarias no Concello de Ribadumia”, cunha atribución eficaz e eficiente dos recursos públicos. E sendo preciso definir de forma clara e precisa o obxecto do contrato antes da licitación, tal e como establece o artigo 121 do R.d.l. 3/2011, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, de aquí en diante TRLCSP, redáctase o pertinente proxecto polo Servizo de Infraestruturas. Os servizos técnicos da Deputación verificaron o cumprimento das disposicións de carácter legal e técnico, comprendidas no artigo 123 do TRLCSP. Polo Servizo de Intervención emitiuse o documento RC, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto, detallado na seguinte táboa: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 14/922.342.652.00 599.381.04 € Así mesmo, levouse a cabo a subsanación das observacións formuladas polo Servizo de Intervención en canto que consta acreditado no expediente a concesión da subvención de 50.000,00 € ó Concello de Ribadumia, dentro do Plan de obras e servizos 2013, así como a sinatura do convenio de colaboración con data 29 de xullo. Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada R.d.l. 3/2011 TRLCSP, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto de obra: “Campo de fútbol de céspede artificial e instalacións complementarias no Concello de Ribadumia”, con arranxo ó seguinte detalle: Importe de execución sen IVE 495.356,23 € IVE (21%) 104.024,81 € Total 599.381,04 € 18.22404.- PRÓRROGA DO CONTRATO PARA A SUBMINISTRACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA O CENTRO INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” Resultando que por acordo da Xunta de Goberno do día 6 de xullo de 2012 adxudicouse o contrato para a subministración de produtos alimenticios para o Centro Príncipe Felipe, de acordo co seguinte detalle: - Lote Nº2 (Produtos cárnicos) á empresa Miguel A. Ventín Portasany (NIF 35300222-Y), ata un importe total máximo de cento cincuenta e oito mil cento oito euros con doce céntimos (158.108,12 €), IVE incluído, en base ós seguintes prezos unitarios ofertados para cada un dos produtos: LOTE 2.- CÁRNICOS Artigos Unid. Prezo sen IVE Prezo IVE incluído Tenreira Albóndega fresca Kg 5,50 € 5,94 € Carne picada mestura Kg 5,40 € 5,83 € Filetes/bisté 1ª (160 g) Kg 8,60 € 9,29 € Hamburguesa mixta 160 g Kg 5,40 € 5,83 € Hamburguesa 160 g Kg 5,90 € 6,37 € Xarrete Kg 6,45 € 6,97 € Man (asar) Kg 7,10 € 7,67 e Ragout 1º Kg 7,90 € 8,53 € Agulla sen óso Kg 7,10 € 7,67 € Costela fresca Kg 6,60 € 7,13 € Chuleta Kg 8,90 € 9,61 € Solombo Kg 20,00 € 21,60 € Brocheta parrillera Kg 5,40 € 5,83 € Faldra sen óso Kg 6,50 € 7,02 € Porco Agulla desosada- cabeza lombo Kg 5,15 € 5,56 € Chourizo guiso Kg 5,50 € 5,94 € Chuleta cortada Kg 5,40 € 5,83 € Cinta lombo fresca enteira Kg 6,40 € 6,91 € Costela fresca tiras Kg 5,10 € 5,51 € Costela salgada tiras Kg 4,50 € 4,86 € Espiñazo salgado Mj 2,80 € 3,02 € Filetes ou bisté de xamón (160 g) Un 4,80 € 5,18 € Lacón salgado Kg 4,10 € 4,43 € Maza traseira (asar) Kg 4,60 € 4,97 € Lingua salgada Kg 3,40 € 3,67 € Morro salgado Mj 3,00 € 3,24 € Orellas salgadas Un 3,60 € 3,89 € Panceta salgada Un 5,40 € 5,83 € Patas salgadas Un 2,40 € 2,59 € Rabo salgado Kg 3,00 € 3,24 € Solombo Kg 9,50 € 10,26 € Pincho moruno Kg 6,50 € 7,02 € Lombo adobado Kg 5,50 € 5,94 € Unto salgado Kg 3,00 € 3,24 € Aves e caza Coello pequeno Kg 5,50 € 5,94 € Cordeiro, perna Kg 11,00 € 11,88 € Polo, zancos Kg 3,10 € 3,35 € Pavo, redondo (rotti) Kg 3,80 € 4,10 € Pavo, xamonciños Kg 3,10 € 3,35 € Polo limpo eviscerado (1,9-2,0 kg) Kg 2,00 € 2,16 € Polo, peituga s/oso enteira Kg 6,15 € 6,64 € Ovo fresco "M" Doc 1,04 € 1,12 € Pavo, peituga filete Kg 6,50 € 7,02 € Pavo estofar Kg 5,30 € 5,72 € Pizza sabores, 500 g Un 1,40 € 1,51 € - Lote Nº3 (Froitas e verduras) á empresa Técnica Comercial Agropecuaria Galega S.L:(CIF B-36359230), ata un importe total máximo de noventa e un mil douscentos quince euros con sesenta céntimos (91.215,60 €), IVE incluído, en base ós seguintes prezos unitarios ofertados para cada un dos produtos: LOTE 3.- FROITAS E VERDURAS Artigos Unid. Prezo sen IVE Prezo IVE incluído Froitas Ameixa branca 1ª Kg 1,42 € 1,48 € Ameixa negra 1ª Kg 1,46 € 1,52 € Clementina Kg 1,73 € 1,80 € Amorodo Kg 3,79 € 3,94 € Kiwi 1ª, 70-90 g Kg 1,55 € 1,61 € Limón 1ª, Nº 4 ó 5 Kg 1,10 € 1,14 € Mandarina 1ª Kg 1,18 € 1,23 € Mazá golden 70-75 Kg 0,79 € 0,82 € Melocotón 1ª Kg 1,22 € 1,27 € Melón sapo cal 4-5 Kg 1,67 € 1,74 € Laranxa mesa nac. ca.l. 4-5 Kg 1,42 € 1,48 € Laranxa zume cal. 6-8 Kg 1,17 € 1,22 € Nectarina 1ª Kg 1,18 € 1,23 € Pera limoeira 1ª Kg 1,12 € 1,16 € Pera conferencia 1ª Kg 1,02 € 1,06 € Piña Kg 1,28 € 1,33 € Plátano extra Kg 1,72 € 1,79 € Plátano primeira Kg 1,13 € 1,17 € Sandía Kg 0,76 € 0,79 € Uva branca Kg 1,64 € 1,70 € Uva negra Kg 1,87 € 1,94 € Verduras Acelga mollo Mj 0,57 € 0,59 € Allo 1ª, 5 kg Un 4,41 € 4,59 € Cebola 1ª , saco 15 kg Kg 0,86 € 0,90 € Calabacín Kg 0,81 € 0,84 € Champiñón Kg 2,06 € 2,14 € Espinaca mollo Mj 0,69 € 0,72 € Grelo mollo Un 1,18 € 1,23 € Leituga lisa, 800-1000 g unidade Un 0,44 € 0,46 € Leituga riza, 800-1000 g unidade Un 0,44 € 0,46 € Pataca branca 1ª granel, saco 25 kg Kg 0,55 € 0,57 € Pemento vermello 1ª Kg 1,40 € 1,46 € Pemento verde 1ª Kg 1,28 € 1,33 € Porro mollo 1ª Mj 1,07 € 1,11 € Repolo rizo Kg 0,74 € 0,77 € Tomate 1ª ( 100-120 g) Kg 1,13 € 1,18 € Cenoria 1ª bolsa 5 kg Kg 0,43 € 0,45 € - Lote Nº4 (Produtos de panadería) á empresa Fogaza, S.L. (CIF B-36132900), ata un importe total máximo de corenta e oito mil cincocentos noventa e un euros con vinte e dous céntimos (48.591,22 €), IVE incluído, en base ós seguintes prezos unitarios ofertados para cada un dos produtos. LOTE 4.- PANADERÍA, BOLLERÍA E EMPANADAS Artigos/ Unidade Prezo sen IVE Prezo IVE incluído Barra de leña de 250 gramos 0,41 € 0,43 € Barra integral / sen sal 0,45 € 0,49 € Bolo común de 70 gramos 0,15 € 0,16 € Bolo leite - suízos 0,32 € 0,35 € Bolo perrito 0,29 € 0,31 € Croissant 0,32 € 0,35 € Medias noites 0,21 € 0,23 € Medias noites recheas 0,49 € 0,53 € Tarta chocolate / nata fresa 8,63 € 9,32 € Empanada bonito / carne 6,30 € 6,80 € Empanada hoxaldre - bonito ou xamón e queixo 7,38 € 7,97 € Empanada zamburiñas 13,34 € 14,41 € Empanada calamares 6,87 € 7,42 € Mini-croissant recheo 0,17 € 0,18 € Mini-media noite rechea 0,30 € 0,32 € Filloa normal 0,75 € 0,81 € Filloa rechea 1,00 € 1,08 € Orellas 0,90 € 0,97 € Rosca (Kg) 5,70 € 6,16 € Mini-pastel / Pastel belga (Kg) 11,80 € 12,74 € Pastel grande (ducia) 4,90 € 5,29 € Prancha mazá (Kg) 7,20 € 7,78 € Pan rallado (Kg) s/c s/c Améndoa moída (Kg) 16,60 € 17,93 € Lévedo - taco 1,37 € 1,48 € Bolsa cumpreanos 0,90 € 0,97 € Bolsa gominolas 0,90 € 0,97 € Canapés variados (Unidades) 0,23 € 0,25 € Canapés (Kg) 21,00 € 22,68 € Resultando que os contratos coas citadas empresas formalizáronse o día 7 de agosto de 2012 establecendo na súa cláusula II que terán unha duración inicial de dous anos contando dende o 1 de setembro de 2012 podendo prorrogarse por dous anos máis por mutuo acordo das partes. Resultando que as empresas: - Miguel A. Ventín Portasany (NIF 35300222-Y) - TC Group Atlántico, S.L. (CIF B-36359230) antes denominada Técnica Comercial Agropecuaria, S.L. - A Fogaza, S.L. (CIF B-36132900) Solicitaron mediante escrito que tivo entrada no Rexistro Xeral desta Deputación a prórroga dos citados contratos por un período de dous anos. Resultando que o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe informa favorablemente a prórroga dos citados contratos por un prazo de 2 anos. Vistos os informes favorables do Secretario Xeral de data 22/07/2014 e do Interventor de data 28/07/2014, a Xunta de Goberno, en aplicación das bases de execución do vixente Orzamento provincial, acorda por unanimidade: Primeiro: Prorrogar por un período de dous anos dende o 1 de setembro de 2014 ó 31 de agosto de 2016, os contratos correspondentes á subministración de produtos alimenticios para o Centro Príncipe Felipe, de acordo co seguinte detalle: - Lote nº2 - Produtos cárnicos ó empresario Miguel A. Ventín Portasany (NIF 35300222Y) ata un importe anual máximo de cento cincuenta e oito mil cento oito euros con doce céntimos (158.108,12 €), IVE incluído, en base ós seguintes prezos unitarios ofertados para cada un dos produtos: LOTE 2.- CÁRNICOS Artigos Unid. Prezo sen IVE Prezo IVE incluído Tenreira Albóndega fresca Kg 5,50 € 5,94 € Carne picada mestura Kg 5,40 € 5,83 € Filetes/bisté 1ª (160 g) Kg 8,60 € 9,29 € Hamburguesa mixta 160 g Kg 5,40 € 5,83 € Hamburguesa 160 g Kg 5,90 € 6,37 € Xarrete Kg 6,45 € 6,97 € Man (asar) Kg 7,10 € 7,67 € Ragout 1º Kg 7,90 € 8,53 € Agulla sen oso Kg 7,10 € 7,67 € Costela fresca Kg 6,60 € 7,13 € Chuleta Kg 8,90 € 9,61 € Solombo Kg 20,00 € 21,60 € Brocheta parrillera Kg 5,40 € 5,83 € Faldra sen oso Kg 6,50 € 7,02 € Porco Agulla desosada- cabeza lombo Kg 5,15 € 5,56 € Chourizo guiso Kg 5,50 € 5,94 € Chuleta cortada Kg 5,40 € 5,83 € Cinta lombo fresca enteira Kg 6,40 € 6,91 € Costela fresca tiras Kg 5,10 € 5,51 € Costela salgada tiras Kg 4,50 € 4,86 € Espiñazo salgado Mj 2,80 € 3,02 € Filetes ou bisté de xamón (160 g) Un 4,80 € 5,18 € Lacón salgado Kg 4,10 € 4,43 € Maza traseira (asar) Kg 4,60 € 4,97 € Lingua salgada Kg 3,40 € 3,67 € Morro salgado Mj 3,00 € 3,24 € Orellas salgadas Un 3,60 € 3,89 € Panceta salgada Un 5,40 € 5,83 € Patas salgadas Un 2,40 € 2,59 € Rabo salgado Kg 3,00 € 3,24 € Solombo Kg 9,50 € 10,26 € Pincho moruno Kg 6,50 € 7,02 € Lombo adobado Kg 5,50 € 5,94 € Unto salgado Kg 3,00 € 3,24 € Aves e caza Coello pequeno Kg 5,50 € 5,94 € Cordeiro, perna Kg 11,00 € 11,88 € Polo, zancos Kg 3,10 € 3,35 € Pavo, redondo (rotti) Kg 3,80 € 4,10 € Pavo, xamonciños Kg 3,10 € 3,35 € Polo limpo eviscerado (1,9-2,0 kg) Kg 2,00 € 2,16 € Polo, peituga s/oso enteira Kg 6,15 € 6,64 € Ovo fresco "M" Doc 1,04 € 1,12 € Pavo, peituga filete Kg 6,50 € 7,02 € Pavo estofar Kg 5,30 € 5,72 € Pizza sabores, 500 g Un. 1,40 € 1,51 € - Lote nº3.- Froitas e verduras á empresa TC Group Atlántico, S.L. (CIF B-36359230), ata un importe total máximo de noventa e un mil douscentos quince euros con sesenta céntimos (91.215,60 €), IVE incluído, en base ós seguintes prezos unitarios ofertados para cada un dos produtos: LOTE 3.- FROITAS E VERDURAS Artigos Unid. Prezo sen IVE Prezo IVE incluído Froitas Ameixa branca 1ª Kg 1,42 € 1,48 € Ameixa negra 1ª Kg 1,46 € 1,52 € Clementina Kg 1,73 € 1,80 € Amorodo Kg 3,79 € 3,94 € Kiwi 1ª, 70-90 g Kg 1,55 € 1,61 € Limón 1ª, Nº 4 ó 5 Kg 1,10 € 1,14 € Mandarina 1ª Kg 1,18 € 1,23 € Mazá Golden 70-75 Kg 0,79 € 0,82 € Melocotón 1ª Kg 1,22 € 1,27 € Melón sapo cal 4-5 Kg 1,67 € 1,74 € Laranxa mesa nac. cal. 4-5 Kg 1,42 € 1,48 € Laranxa zume cal. 6-8 Kg 1,17 € 1,22 € Nectarina 1ª Kg 1,18 € 1,23 € Pera limoeira 1ª Kg 1,12 € 1,16 € Pera conferencia 1ª Kg 1,02 € 1,06 € Piña Kg 1,28 € 1,33 € Plátano extra Kg 1,72 € 1,79 € Plátano primeira Kg 1,13 € 1,17 € Sandía Kg 0,76 € 0,79 € Uva branca Kg 1,64 € 1,70 € Uva negra Kg 1,87 € 1,94 € Verduras Acelga mollo Mj 0,57 € 0,59 € Allo 1ª, 5 kg Un 4,41 € 4,59 € Cebola 1ª, saco 15 kg Kg 0,86 € 0,90 € Calabacín Kg 0,81 € 0,84 € Champiñón Kg 2,06 € 2,14 € Espinaca mollo Mj 0,69 € 0,72 € Grelo mollo Un 1,18 € 1,23 € Leituga lisa, 800-1000 g unidade Un 0,44 € 0,46 € Leituga riza, 800-1000 g unidade Un 0,44 € 0,46 € Pataca branca 1ª granel, saco 25 kg Kg 0,55 € 0,57 € Pemento vermello 1ª Kg 1,40 € 1,46 € Pemento verde 1ª Kg 1,28 € 1,33 € Porro mollo 1ª Mj 1,07 € 1,11 € Repolo rizo Kg 0,74 € 0,77 € Tomate 1ª (100-120 g) Kg 1,13 € 1,18 € Cenoria 1ª bolsa 5 kg Kg 0,43 € 0,45 € - Lote nº4.- Produtos de panadería, pastelería e empanadas á empresa A Fogaza, S.L. (CIF B-36132900) ata un importe total máximo de corenta e oito mil cincocentos noventa e un euros con vinte e dous céntimos (48.591,22 €), IVE incluído, en base ós seguintes prezos unitarios ofertados para cada un dos produtos: LOTE 4.- PANADERÍA, BOLLERÍA E EMPANADAS Artigos/ Unid. Prezo sen IVE Prezo IVE incluído Barra de leña de 250 gramos 0,41 € 0,43 € Barra integral / sen sal 0,45 € 0,49 € Bolo común de 70 gramos 0,15 € 0,16 € Bolo leite - suízos 0,32 € 0,35 € Bolo perrito 0,29 € 0,31 € Croissant 0,32 € 0,35 € Medias noites 0,21 € 0,23 € Medias noites recheas 0,49 € 0,53 € Tarta chocolate / nata fresa 8,63 € 9,32 € Empanada bonito / carne 6,30 € 6,80 € Empanada hoxaldre - bonito ou xamón e queixo 7,38 € 7,97 € Empanada zamburiñas 13,34 € 14,41 € Empanada calamares 6,87 € 7,42 € Mini-croissant recheo 0,17 € 0,18 € Mini-media noite rechea 0,30 € 0,32 € Filloa normal 0,75 € 0,81 € Filloa rechea 1,00 € 1,08 € Orellas 0,90 € 0,97 € Rosca (Kg) 5,70 € 6,16 € Mini-pastel / Pastel belga (Kg) 11,80 € 12,74 € Pastel grande (ducia) 4,90 € 5,29 € Prancha mazá (Kg) 7,20 € 7,78 € Pan rallado (Kg) s/c s/c Améndoa moida (Kg) 16,60 € 17,93 € Lévedo - taco 1,37 € 1,48 € Bolsa cumpreanos 0,90 € 0,97 € Bolsa gominolas 0,90 € 0,97 € Canapés variados (Unidades) 0,23 € 0,25 € Canapés (Kg) 21,00 € 22,68 € 2.- Autorizar o gasto pola seguinte contía anual máxima: - Lote nº2.-Produtos cárnicos 158.108,12 € - Lote nº3.- Froitas e verduras 91.215,60 € - Lote nº4.- Produtos de panadería 48.591,22 € - Total 297.908,94 € Dito importe financiarase de acordo coa seguinte distribución: - O importe correspondente ó ano 2014 pola cantidade máxima 99.302,98 € financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 14/232.232.221.05 do vixente Orzamento provincial. - O importe correspondente ó ano 2015, pola cantidade máxima de 297.908,94 € financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 15/232.232.221.05 condicionado á aprobación do respectivo orzamento. - O importe correspondente ó ano 2016, pola cantidade máxima de 198.605,96 € financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 16/232.232.221.05 condicionado á aprobación do respectivo orzamento. 19.22405.- PRÓRROGA DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA XERCODE MEDIA SOFTWARE, S.L. A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria do día 4 de xuño de 2013 adoptou o acordo de adxudicar á empresa Xercode Media Software, S.L. (CIF: B-70220124), o contrato correspondente ó desenvolvemento e implantación dunha plataforma de catalogación e difusión para a explotación do patrimonio arquivístico e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, de acordo ó seguinte prezo ofertado: - Importe unitario IVE incluído 308.550,00€ Resultando que o contrato formalizouse o día 19 de agosto de 2013 e na cláusula cuarta do mesmo figura que o prazo de execución é de 12 meses. Visto o informe do Xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías, de data 22 de xullo de 2014, a través do cal expón que o proxecto para o desenvolvemento e implantación dunha plataforma de catalogación e difusión para a explotación do patrimonio arquivístico e bibliográfico da Deputación de Pontevedra dentro do Proxecto depoTIC estase a executar de forma adecuada e os retrasos producidos no mesmo están xustificados. Tendo en conta que o proxecto ó que fai referencia a solicitude estase a executar de maneira adecuada e seguindo as indicacións realizadas pola xefatura do proxecto da Deputación de Pontevedra e que a posta en marcha do mesmo supón un gran impacto nos usuarios do servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e do Museo de Pontevedra o que provoca a necesidade de centrar moitos esforzos do proxecto en tarefas de xestión do cambio. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato privado, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para este tipo de contratos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prorrogar o prazo de execución do desenvolvemento e implantación dunha plataforma de catalogación e difusión para a explotación do patrimonio arquivístico e bibliográfico da Deputación de Pontevedra dentro do Proxecto depoTIC, ata o 15 de novembro de 2014, como consecuencia dunha implantación de xestión do cambio máis exhaustiva da valorada inicialmente. 20.22406.- PRÓRROGA DA VIXENCIA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A AMPLIACIÓN DO EDIFICIO DA UNED EN PONTEVEDRA A Universidade Nacional de Educación a Distancia, o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial subscribiron, con data 14 de novembro de 2012, un convenio de colaboración para levar a cabo a ampliación do edificio da UNED en Pontevedra. O importe das actuacións ascendeu á cantidade de 351.122,00 €, dos que 21.122,00 € corresponderon ós honorarios de redacción do proxecto e 330.000,00 € para a execución material da obra. O proxecto foi aboado pola Deputación de Pontevedra e a obra financiada ó 33%, achegando cada unha das Administracións a cantidade de 110.000,00 €, en dúas anualidades. En cumprimento do disposto na cláusula terceira do convenio, a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 22 de marzo de 2013, adxudicou o contrato para a execución da obra á empresa Oreco, S.A. por importe de 284.250,46 €. Debido a dificultades xurdidas no desenvolvemento das obras, fundamentadas na planificación para o transplante de determinadas árbores afectadas, incluídos no Catálogo de Árbores Singulares de Galicia e na necesidade de compatibilizar a execución da obra coa utilización por parte dos usuarios, ampliouse o prazo de execución da mesma así como a vixencia do convenio ata o 31 de xullo de 2014. Próximo a concluír as obras, a Dirección técnica formula un proxecto modificado que ascende á contía de 28.295,70 €, o que supón un 9,95% sobre o prezo da adxudicación, polo que a cada unha das Administracións implicadas supúxolle un incremento de 9.431,90€. A Dirección da UNED propón que, para deixar esta instalación disposta adecuadamente, necesitaríanse realizar unha serie de obras non incluídas no proxecto anterior, así como a dotación de mobiliario e equipamento, que o Arquitecto Director cifra na contía de 192.203,41 €. Así se daría resposta adecuada para cubrir as necesidades do centro, con máis de 6.000 alumnos, que concentran as súas maiores actividades académicas nas épocas de exames. Para elo propón a subscrición da correspondente Addenda ó convenio. Seguindo o criterio de financiamento das obras anteriores, é dicir 33,33% por cada unha das Administracións, a cantidade a achegar por cada unha delas sería de 64.067,80 €. O Concello de Pontevedra, por Decreto da Alcaldía de data 18 de xullo, prestou aprobación ó aboamento á Deputación da achega económica correspondente ó incremento do proxecto modificado por importe de 9.430,96 €. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión celebrada o día 24 de xullo, prestou aprobación á Addenda do convenio para poder facer fronte á realización das novas obras por un importe de 192.203,41 €, achegando esta Deputación a cantidade de 64.067,80 €. Así mesmo, a Dirección do Centro Asociado da UNED, por escrito de data 28 de xullo, ditou resolución mostrando a conformidade e decidindo efectuar o pago á Deputación da cantidade que lle corresponde para aprobar a Addenda. O Concello de Pontevedra, na reunión plenaria celebrada o luns 21 de xullo, prestou aprobación a un expediente de modificación de crédito para facer fronte a súa achega de 64.067,80 €, a fin de aprobar a Addenda ó convenio. Agora ben, como non lle é posible ó Concello proceder á tramitación administrativa desta Addenda antes de finalizar o prazo de vixencia do convenio, que é o 31 do actual mes de xullo, propón que se prorrogue o mesmo ata o 31 de outubro de 2014, e así ter marxe para a súa aprobación dentro do marco legal. En consecuencia, vistos estes antecedentes e estando conformes as tres partes implicadas, a Presidencia ditou Resolución nº 2014022587, de data 30 de xullo de 2014, con carácter de urxencia, prestando aprobación á prórroga da vixencia do convenio subscrito entre a Universidade Nacional de Educación a Distancia, o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial para levar a cabo a ampliación do edificio da UNED en Pontevedra, ata o 31 de outubro de 2014, prórroga que debe ser ratificada pola Xunta de Goberno, que é o órgano competente para a súa aprobación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a Resolución Presidencial, nº 2014022587 de data 30 de xullo de 2014, pola que se presta aprobación á prórroga da vixencia do convenio subscrito entre a Universidade Nacional de Educación a Distancia, o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial para levar a cabo a ampliación do edificio da UNED en Pontevedra, ata o 31 de outubro de 2014. Dita Resolución Presidencial é como segue: “A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa legal vixente, dicta a seguinte RESOLUCIÓN: A Universidade Nacional de Educación a Distancia, o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial subscribieron, con data 14 de novembro de 2012, un convenio de colaboración para levar a cabo a ampliación do edificio da UNED en Pontevedra. O importe das actuacións ascendeu á cantidade de 351.122,00 euros, dos que 21.122,00 euros corresponderon ós honorarios de redacción do proxecto e 330.000,00 euros para a execución material da obra. O proxecto foi abonado pola Deputación de Pontevedra e a obra financiada ó 33%, achegando cada unha das Administracións a cantidade de 110.000,00 euros, en dúas anualidades. En cumprimento do disposto na cláusula terceira do convenio, a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 22 de marzo de 2013, adxudicou o contrato para a execución da obra, á empresa Oreco, S.A. por importe de 284.250,46 euros. Debido a dificultades xurdidas no desenvolvemento das obras, fundamentadas na planificación para o transplante de determinadas árbores afectadas, incluídos no Catálogo de Árbores Singulares de Galicia e na necesidade de compatibilizar a execución da obra coa utilización por parte dos usuarios, ampliouse o prazo de execución da mesma así como a vixencia do convenio ata o 31 de xullo de 2014. Próximo a concluír as obras, a Dirección técnica formula un proxecto modificado que ascende á contía de 28.295,70 euros, o que supón un 9,95% sobre o prezo da adxudicación, polo que a cada unha das Administracións implicadas supúxolle un incremento de 9.431,90 euros. A Dirección da UNED propón que, para deixar esta instalación disposta adecuadamente, necesitaríanse realizar unha serie de obras non incluídas no proxecto anterior, así como a dotación de mobiliario e equipamento, que o Arquitecto Director cifra na contía de 192.203,41 euros. Así se daría resposta adecuada para cubrir as necesidades do centro, con máis de 6.000 alumnos, que concentran as súas maiores actividades académicas nas épocas de exames. Para elo propón a suscripción da correspondente Addenda ó convenio. Seguindo o criterio de financiamento das obras anteriores, é dicir 33,33% por cada unha das Administracións, a cantidade a achegar por cada unha delas sería de 64.067,80 euros. O Concello de Pontevedra, por Decreto da Alcaldía de data 18 de xullo, prestou aprobación ó aboamento á Deputación da achega económica correspondente ó incremento do proxecto modificado por importe de 9.430,96 euros. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión celebrada o día 24 de xullo, prestou aprobación á Addenda do convenio para poder facer fronte á realización das novas obras por un importe de de 192.203,41 euros, aportando esta Deputación a cantidade de 64.067,80 euros. Así mesmo, a Dirección do Centro Asociado da UNED, por escrito de data 21 de xullo, ditou resolución mostrando a conformidade e decidindo efectuar o pago á Deputación da cantidade que lle corresponde para aprobar a Addenda. O Concello de Pontevedra, na reunión plenaria celebrada o luns 28 de xullo, prestou aprobación a un expediente de modificación de crédito para facer fronte a súa aportación de 64.067,80 euros, a fin de aprobar a Addenda ó convenio. Agora ben, como non lle é posible ó Concello proceder á tramitación administrativa desta Addenda antes de finalizar o prazo de vixencia do convenio, que é o 31 do actual mes de xullo, propón que se prorrogue o mesmo ata o 31 de outubro de 2014, e así ter marxe para a súa aprobación dentro do marco legal. En consecuencia, vistos estes antecedentes e estando as tres partes implicadas conformes, e en virtude das competencias que me outorga a lexislación local vixente RESOLVO: 1- Prestar aprobación á prórroga da vixencia do convenio suscrito entre a Universidade Nacional de Educación a Distancia, o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial para levar a cabo a ampliación do edificio da UNED en Pontevedra, ata o 31 de outubro de 2014. 2- Dar conta á primeira Xunta de Goberno que se celebre para a ratificación desta Resolución.” 21.22407.- MODIFICACIÓN DO CONTRATO DO SERVIZO DE ASESORAMENTO E COLABORACIÓN MATERIAL PARA QUE O ORAL DESENVOLVA AS FUNCIÓNS PÚBLICAS DE XESTIÓN CATASTRAL INCLUÍDAS NO CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA CATASTRAL ASINADO O 13 DE XUÑO DE 2001 ENTRE A DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, ASÍ COMO A SÚA POSIBLE MODIFICACIÓN E/OU AMPLIACIÓN Primeiro.- O Consello Reitor do ORAL adxudicou, en sesión de data 4 de setembro de 2012, a través dun procedemento aberto, o contrato de “Servizo de asesoramento e colaboración material para que o ORAL-Deputación de Pontevedra desenvolva as funcións públicas de xestión catastral incluídas no convenio de colaboración en materia catastral, asinado o 13 de xuño de 2001 entre la Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra, así como a súa posible modificación e/ou ampliación” ás seguintes empresas: Lotes Concellos que integran cada lote Empresa adxudicataria Lote 1 Baiona, Gondomar e Nigrán Catoure, S.L. B-32116188 Lote 2 Cangas, A Estrada, Moaña, Mos, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Silleda, Soutomaior e Vilaboa Eibisa Norte, S.L. B-15419906 Lote 3 Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, O Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Oia, O Porriño, O Rosal, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui Longo Ansa y Asociados, S.L. CIF B-33473489 Lote 4 Catoira, Cerdedo, Cotobade, Cuntis, Agolada, Lalín, Ponteareas, Pontecesures, Rodeiro, Valga e Vila de Cruces Cartografía e Medicións, S.L. B-15459670 Lote 5 Cambados, Meaño, Meis, Poio, Ribadumia e Sanxenxo Eibisa Norte, S.L. B-15419906 Segundo.- O período de duración dende contrato é de dous anos, con efectos dende o 10/10/2012 ó 09/10/2014. Este contrato ten como característica que está sometido ás necesidades obxecto do convenio de colaboración vixente que se presenten durante cada exercicio, así como a asignación orzamentaria máxima que se fixe anualmente, dependendo do número de concellos incluídos no Convenio. O importe correspondente á segunda anualidade do contrato aprobouse en data 7 de febreiro de 2014 pola Xunta de Goberno da Deputación e distribuíuse da seguinte forma: Lotes Empresa adxudicataria Importe asignado (2ª anualidade) Lote 1 Catoure, S.L. B-32116188 60.000 € (49.586,78 €+10.413,22 € IVE) Lote 2 Eibisa Norte, S.L. B-15419906 120.000 € (99.173,55 € +20.826,45 € IVE) Lote 3 Longo ansa y Asociados, S.L. CIF B-33473489 130.000 € (107.438,02 € +22.561,98 € IVE) Lote 4 Cartografía e Medicións, S.L. B-15459670 120.000 € (99.173,55 € +20.826,45 € IVE) Lote 5 Eibisa Norte, S.L. B-15419906 100.000 € (82.644,63 € + 17.355,37 € IVE) Terceiro.- Que o Xefe do Servizo de Xestión Catastral e Tributaria do IBI informa, en data 19 de xuño de 2014: “O próximo 10 de xullo do presente ano, o Concello de Moraña estará adherido, de forma efectiva, ó Convenio de Colaboración en materia de Xestión Catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra de data 13/06/2001. Conforme á cláusula 29 do contrato de “servizo de asesoramento e colaboración material para que o ORAL- Deputación de Pontevedra desenvolva as funcións públicas de xestión catastral incluídas no convenio de colaboración en materia catastral asinado o 13 de xuño de 2001, entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra, así como a súa posible modificación e/ou ampliación”, no caso de novos concellos adheridos ó Convenio de colaboración, o Xefe do Servizo de Xestión Catastral propoñerá ó órgano de contratación, co visto e prace da Dirección do Organismo, a inclusión do concello/s adherido/s a algún dos 5 lotes, mediante un informe xustificativo ao respecto, non obstante, será o órgano de contratación o que decida a súa inclusión nalgún dos lotes, debendo manterse os mesmos prezos unitarios adxudicados á empresa contratista do devandito lote. Será necesaria la previa conformidade por escrito da empresa adxudicataria e informarase do devandito acordo á Xerencia/Subxerencia Territorial do Catastro correspondente. Unha vez analizada a carga de traballo actual das empresas contratadas (figurando Cartografía e Medicións, S.L. con volume de expedientes xerados/tramitados relativamente inferior o de outras empresas), e motivado fundamentalmente porque esta é a empresa encargada actualmente pola Dirección Xeral do Catastro, a través da empresa pública SEGIPSA, para a realización dos traballos do procedemento de regularización catastral na que este concello se encontra inmerso a día de hoxe (fiestra 2014-2, dende o 01/05/2014 ata o 30/11/2014), esta Xefatura de Servizo propón: adxudicar á empresa Cartografía e Medicións, S.L. a realización das labores de actualización e mantemento catastral neste Concello, non sendo precisa a ampliación do crédito adxudicado a este lote, pois existe dispoñibilidade do mesmo.” Cuarto.- O importe de adxudicación do lote nº 4 para a segunda anualidade do mesmo (do 10 de outubro de 2013 ó 9 de outubro de 2014, ambos inclusive) fixouse en 120.000,00 € (99.173,55 € máis 20.826,45 € correspondentes ó IVE), e que non é preciso incrementar o crédito dispoñible xa que se considera suficiente aínda que se inclúa este novo Concello de Moraña, polo que non procede o reaxuste da garantía definitiva inicialmente aportada pola empresa adxudicataria. Quinto.- A empresa Cartografía e Medicións, S.L. con CIF B-15459670, presenta escrito, con rexistro de entrada de data 7 de xullo de 2014, no que expón que sendo informados polo Servizo de Xestión Catastral de que recentemente o Concello de Moraña formalizou a súa adhesión ó convenio de colaboración en materia catastral, e estando a empresa interesada en acometer os traballos obxecto do mencionado contrato, solicitan a inclusión deste Concello, nas mesmas condicións e prezos ofertados para os Concellos que conforman o lote nº 4. Sexto.- A Secretaría Xeral e a Intervención informan favorablemente o expediente en data 22 de xullo de 2014. FUNDAMENTOS DE DEREITO Primeiro.- O contrato administrativo, na súa cláusula quinta establece “O período de vixencia do contrato será de 2 anos, se ben, poderá prorrogase por mutuo acordo das partes antes da finalización de aquel, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder de 4 anos. O contrato iniciará os seus efectos o 10 de outubro de 2012 e finalizará, salvo prórroga expresa, o 9 de outubro de 2014, ambos inclusive.” Segundo.- O literal da cláusula 29ª do prego de cláusulas administrativas particulares expón que “29. Modificación do contrato. Os contratos administrativos só poderán ser modificados nos supostos regulados no art. 105 a 107 do TRLCSP e seguindo o procedemento establecido no art. 108. As modificacións do contrato deberán formalizarse conforme ó disposto no artigo 156. No caso de novos concellos adheridos ó Convenio de colaboración, o Xefe do Servizo de Xestión Catastral propoñerá ó órgano de contratación, co visto e prace da Dirección do Organismo (actualmente o Tesoureiro da Deputación de Pontevedra), a inclusión do concello/s adherido/s a algún dos 5 lotes, mediante un informe xustificativo ó respecto, non obstante, será o órgano de contratación o que decida a súa inclusión nalgún dos lotes, debendo manterse os mesmos prezos unitarios adxudicados á empresa contratista do devandito lote. Será necesaria a previa conformidade por escrito da empresa adxudicataria e se informará do devandito acordo á Xerencia/Subxerencia Territorial do Catastro correspondente”. Terceiro.- O Real Decreto Lexislativo 3/2011 (TRLCSP), determina no seu art. 105. “Supostos. Sen prexuízo dos supostos previstos nesta Lei de sucesión na persoa do contratista, cesión do contrato, revisión de prezos e prórroga do prazo de execución, os contratos do sector público só poderán modificarse cando así se previse nos pregos ou no anuncio de licitación ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107.” Cuarto.- O artigo 106 do TRLCSP cita textualmente “Modificacións previstas na documentación que rexe a licitación. Os contratos do sector público poderán modificarse sempre que nos pregos ou no anuncio de licitación se advertise expresamente desta posibilidade.....”. Quinto.- O órgano de contratación que aprobou o expediente e adxudicou o contrato inicial foi o Consello Reitor do ORAL, e na actualidade, a consecuencia da integración do ORAL na Deputación de Pontevedra, o órgano de contratación pasa a ser a Xunta de Goberno de acordo coa base 16ª.2 das bases de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno, en virtude do previsto na base 16ª das bases de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra, acorda por unanimidade: 1.- Incorporar ó Concello de Moraña no contrato de “Servizo de asesoramento e colaboración material para que o ORAL-Deputación de Pontevedra desenvolva as funcións públicas de xestión catastral incluídas no convenio de colaboración en materia catastral asinado o 13 de xuño de 2001, entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra, así como a súa posible modificación e/ou ampliación” e adxudicar os traballos a realizar neste Concello á empresa Cartografía e Medicións, S.L. con CIF B-15459670 (lote nº 4), debendo manterse as mesmas condicións pactadas no contrato inicial, e rexer os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas aprobadas en dito contrato (adxudicado o 4 de setembro de 2012). 2.- O pagamento do prezo efectuarase en base ós prezos unitarios adxudicados, unha vez realizados e entregados os traballos que se desenvolvesen e logo de aceptación por parte do Xefe do Servizo de Xestión Catastral e Tributaria do IBI. Esta aceptación requirirá que os traballos sexan realizados conforme ó previsto nos pregos que rexen o contrato e, á súa vez, validados pola correspondente Xerencia Territorial (Pontevedra ou Vigo). Os prezos unitarios adxudicados á empresa Cartografía e Medicións no lote nº 4 son os seguintes: Lote Nº 4 - Cartografía e Medicións, S.L. Traballos a realizar Prezo base, sen IVE Tramitación de expedientes de alteración física/económica (902N, 903N, 904N) Ata 10 u.u. 51,52 €/unid. De 11 a 20 u.u. 34,96 €/unid. Dende 21 u.u. 19,32 €/unid. Unidades urbanas tramitadas como “baixa” 4,60 €/unid. Unidades urbanas tramitadas como “colindante” 7,36 €/unid. Unidades urbanas “especiais” pola súa complexidade (Ex: Naves industriais, complexos hoteleiros, campings) 78,20 €/unid. Tramitación de expedientes de alteración xurídica (901N) 9,20 €/expte. Asistencia de persoal para procesos de atención ó público (independente dos procesos de detección de omisións) 138,00 €/persoa e día Asistencia de persoal para procesos de arquivo 41,40 €/persoa e día Estudos de mercado 58,88 €/mostra Investigación de “descoñecidos” (incluída a tramitación) 46,00 €/inmoble Identificación e localización de diseminados que estean a tributar e non dispoñan de FXCC 6,44 €/inmoble 3.- O financiamento para o exercicio 2014 realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2014/932.932.227.07. 4.- Non procede a achega de garantía definitiva por parte do adxudicatario ó non incrementarse o importe de adxudicación do contrato inicial. 5.- Esta modificación terá que formalizarse en documento administrativo. 6.- Este acordo poñerase en coñecemento da Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra. 22.22408.- MODIFICACIÓN DO ACORDO DE CONCESIÓN DUNHA AXUDA Ó CONCELLO DE RODEIRO NO MARCO DO PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2014 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en data 04/06/2014, no que resolve a concesión das axudas do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais 2014; en dito acordo se lle concedía a cada un dos concellos relacionados axudas e subvencións para a contratación laboral de traballadores, resultando para o Concello de Rodeiro unha axuda para a contratación distribuída do seguinte xeito: Concello Rodeiro Número de traballadores 8 Categoría profesional 5 peóns, 2 auxiliar de axuda no fogar e 1 coidador Importe concedido 33.455,04 € Vista a solicitude presentada polo Concello de Rodeiro, no Rexistro Xeral da Deputación en data 22/07/2014, na que interesa a modificación do acordo referido no parágrafo anterior. Á vista dos antecedentes expostos e da proposta da Xefa do servizo de Cooperación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: • Modificar o acordo de concesión da axuda ó Concello de Rodeiro, aprobado pola Xunta de Goberno na sesión do 04/06/2014, no relativo á categoría profesional dun dos traballadores a contratar, manténdose en todo o demais os termos xa acordados, e que queda establecida da maneira que se detalla na seguinte táboa: Concello Rodeiro Número de traballadores 8 Categoría profesional 6 peóns, 1 auxiliar de axuda no fogar e 1 coidador Importe concedido 33.455,04 € 23.22409.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 12.22289 ADOPTADO POLA XUNTA DE GOBERNO EN SESIÓN DE 4 DE XULLO DE 2014 Por acordo adoptado na Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 4 de xullo do 2014, aprobouse a distribución, asignación e determinación das bolsas a convocar do Plan de práctica laboral en empresas do sector privado da Provincia de Pontevedra e as bases reguladoras do proceso de selección dos bolseiros 2014. Ditas bases publicáronse no BOPPO nº 131 de data 9 de xullo de 2014. No anexo I, referente ós listados das titulacións requiridas polas empresas no que atinxe ó expediente P037: Diplomatura en Ciencias Empresariais, advertiuse un erro ó omitir as titulacións de Grao en Ciencias Empresariais e Grao en Comercio nese expediente. Polo exposto, e de conformidade co disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar a redacción do expediente P037 do referido anexo I, no senso de que: Onde di: “Titulacións Núm. de expediente Núm. de bolsas Empresa Concello Diplomatura en Ciencias Empresariais P037 7 Comercial Pernas, S.L Vigo Escayolas do Alba, S.L. Vigo Femadi Asesores, S.L. O Porriño Gespyme Galaica, S.L. Pontevedra Maderas Agapito Martínez, S.L. Nigrán Rodicut Industry, S.A. Mos Oftega Ab, S.L. Vigo” Deberá dicir: “Titulacións Núm. de expediente Núm. de bolsas Empresa Concello Diplomatura en Ciencias Empresariais/Grao en Ciencias Empresariais/Grao en Comercio P037 7 Comercial Pernas, S.L. Vigo Escayolas do Alba, S.L. Vigo Femadi Asesores, S.L. O Porriño Gespyme Galaica, S.L. Pontevedra Maderas Agapito Martínez, S.L. Nigrán Rodicut Industry, S.A. Mos Oftega Ab, S.L. Vigo” Como consecuencia do anterior, ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes para cubrir as bolsas do expediente P037: Diplomatura en Ciencias Empresariais/ Grao en Ciencias Empresariais/Grao en Comercio, que será de vinte (20) días naturais contados a partir da publicación desta rectificación no BOPPO. Permanecendo invariable o resto do texto do acordo da Xunta de Goberno citado. 24.22410.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota