ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.799
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2011/03/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/3.2011-03-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/03/25_Ordinaria

  • Data(s) 2011-03-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 172 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 25 de marzo de 2011 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinte e cinco de marzo do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Carlos Comesaña Abalde, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Orde do día do Pleno da Corporación provincial. 1.6051.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de febreiro de 2011. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de febreiro de 2011. a) Parte resolutiva: 2.6052.- DAR CONTA DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO DE 2010 Sr. Presidente.- Punto número dous. Dar conta da liquidación do orzamento da Deputación provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos correspondente ó exercicio de 2010. O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra de conformidade co previsto nos artigos 191.3 e 192.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e 90.1 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril, aprobou, dentro do prazo establecido ó efecto, a liquidación do orzamento da Deputación e a liquidación dos orzamentos dos seus organismos autónomos correspondente o exercicio de 2010. A efectos de dar cumprimento ó disposto no artigo 193.4 do citado Real decreto lexislativo 2/2004 e no artigo 90.2 do Real decreto 500/1990 e tendo en conta o establecido no artigo 3.2 en relación co 19.3 do Real decreto lexislativo 2/2007, de 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria, dáse conta ó Pleno das resolucións ditadas polo Presidente aprobando ditas liquidacións nas que destacan como datos máis significativos, o resultado orzamentario axustado, o remanente de tesourería total e o remanente para gastos xerais, que son os seguintes: ORGANISMOS RESULTADO ORZAMENTARIO REMANENTE TOTAL REMANENTE PARA GASTOS XERAIS Deputación 75.964.039,83 € 127.397.590,25 € 113.924.292,50 € Escola Universitaria Enfermería 43.917,35 € 380.846,07 € 380.846,07 € Escola de Canteiros 12.676,15 € 955.196,05 € 875.203,27 € Museo Provincial 376.040,86 € 1.054.408,02 € 1.054.408,02 € Turismo Rías Baixas 401.842,59 € 3.970.896,92 € 3.970.896,92 € Caixa de Anticipos 747.388,05 € 2.014.271,16 € 1.881.829,51 € ORAL 704.304,35 € 6.943.686,57 € 6.943.686,57 € IPESPO 40.010,89 € 13.233.138,43 € 10.714.852,43 € TOTAL....... 78.290.220,07 € 155.950.033,47 € 139.746.015,29 € Consolidado 78.290.220,07 € 155.950.033,47 € 139.746.015,29 € O Pleno queda enterado dos seguintes asuntos: • Do resultado da liquidación do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e das liquidacións dos orzamentos dos seus Organismos Autónomos (Escola Universitaria de Enfermería, Escola de Canteiros, Museo Provincial, Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos de Cooperación, ORAL e IPESPO), correspondente ó exercicio de 2010. • Da liquidación do orzamento consolidado da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus Organismos Autónomos, correspondente ó exercicio de 2010. 3.6053.- INFORME SOBRE A AVALIACIÓN DO CUMPRIMENTO DO OBXECTIVO DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA DA UNIDADE INSTITUCIONAL “DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA” Sr. Presidente.- Punto número 3. Informe sobre a avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria da unidade institucional “Deputación Provincial de Pontevedra”. O Servizo de Intervención, con data 10 de marzo de 2011, elaborou un informe sobre a avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria da Deputación Provincial de Pontevedra, no que como conclusión figura que a Deputación na liquidación do orzamento do exercicio de 2010, cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria nos termos de contabilidade nacional coa metodoloxía SEC-95, obténdose un superávit orzamentario non financeiro de 3.571.310,53 euros. Así mesmo o Servizo de Intervención, con data 14 de marzo de 2011, emitiu outro informe sobre a avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria da Unidade Institucional “Deputación Provincial de Pontevedra”, no que como conclusión figura que nesta “Unidade Institucional” da que forman parte a propia Deputación e o seus organismos autónomos, excluído o IPESPO, na liquidación do orzamento consolidado do exercicio de 2010, se cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria nos termos de contabilidade nacional coa metodoloxía SEC-95, obténdose un superávit orzamentario non financeiro de 3.561.992,15 euros. O Pleno queda enterado do contido dos informes sobre a avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria da Deputación Provincial de Pontevedra e da Unidade Institucional “Deputación Provincial de Pontevedra”. 4.6054.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 1/2011 Sr. Presidente.- Punto número 4. Expediente de modificación de créditos número 1/2011. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Temos un expediente de modificación de créditos. Bueno, bos días a todos e a todas. Primeiro, traemos un expediente de modificación de crédito, en créditos extraordinarios, 328 mil euros, e en suplemento de crédito de 1.917.000 euros, que suma un total de 2.246.000 euros, que van distribuídos en diversos apartados e transferencias de empresas, a concellos individualizados, nun campo de fútbol de rugbi en Monteporreiro, tamén diversos gastos en temas culturais, sociais e deportivos, e tamén nos plans de cooperación de redes viarias provinciais, nunha partida pequena de 21.000 euros, para equipos de procesos de información. Bueno, en definitiva, é un crédito por unha modificación de crédito por importe de 2.246.000 euros, contra os remanentes nun caso de líquidos de tesourería de 328 mil euros e outro contra baixas de créditos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Si, bos días a todos. Esta modificación, paréceme que está marcada completamente pola campaña electoral, parece que non foron suficientes as subvencións nominativas do orzamento, que senón aquí, métese o 60%, esta modificación vai encamiñada completamente a entidades, a actividades deportivas, dá a impresión de que todo o que están ofrecendo, á medida que ofrecen, van facendo modificación. A verdade é que non nos parece serio, que se estea xogando desta maneira. Está claro que acaban de facer unha modificación, porque o outro día estiveron no Grove prometéndolle ós de “Emgrobes” un local, e agora xa fan unha modificación. Supoño que no próximo pleno meterán outras cousas, non parece serio. Por suposto nós vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, seguramente facer xestión, intentar cubrir as demandas que plantexan os veciños e as veciñas, pois, para nós é todo o contrario, é serio e responsable. E ó mesmo tempo, o que ten que facer unha administración é acordar pois, ós seus plantexamentos, neste caso o posicionamento que ten o grupo de Goberno. Pero cando se din as cousas, as verdades a medias, loxicamente, non son ó mellor posicionamento, por exemplo, aquí a partida máis importante é para un campo de fútbol de rugbi en Monteporreiro do concello de Pontevedra, por dar un dato. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Polo tanto procedemos á votación da modificación de crédito número 1/2011. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 15 de marzo de 2011, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2011, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe global de 2.268.073,00 euros, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que este expediente de modificación de créditos número 1/2011 finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais) e con baixas de créditos de gastos do Plan Provincial de Cooperación (PPC/2011). Resultando que no informe de Intervención de data 15 de marzo de 2011, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2011, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: 1. Aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/2011, por un importe global de 2.268.073,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos……….. 344.043,96 euros Capítulo 4º Transferencias correntes……….. 152.689,92 euros Capítulo 6º Investimentos reais…………………………… 945.339,12 euros Capítulo 7º Transferencias de capital …………….……….. 804.611,83 euros Total variacións por capítulos………………… 2.246.684,83 euros O detalle do expediente é o seguinte: a) Créditos extraordinarios: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 232-232-472,00 TRANSFERENCIAS A EMPRESAS (Subv. Xunta de Galicia contabilizada a 31/12/2010, pendente de pago a CHUPETES GALICIA, SL, para mantemento da escola infantil de Príncipe Felipe 52.689,92 € 942-942-762,14 TRANSFERENCIAS A CONCELLOS-CONV. INDIVIDUALIZADOS (Campo de fútbol-rugby en Monteporreiro). 276.000,00 € Total créditos extraordinarios... 328.689,92 € b) Suplementos de crédito APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 330-334-226,09 GASTOS EN ACTIVIDADES CULTURAIS 100.000,00 € 330-334-227,25 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS, DESENVOLVEMENTO ACTIVIDADES CULTURAIS 100.000,00 € 330-334-489,05 TRANSFERENCIAS A FAMILIAS E ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO, ACTIVIDADES CULTURAIS 100.000,00 € 330-334-658.02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (Remodelación local social de "EMGROBES" Empresarios Grovenses de Bens e Servizos, Centro de Iniciativas e Turismo de O Grove e Asociación de Hostelería de O Grove) 150.000,00 € 330-334-789,00 TRANSFERENCIAS A FAMILIAS E ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO, INSTRUMENTOS E OUTROS MATERIAIS 100.000,00 € 330-334-789,02 TRANSFERENCIAS A FAMILIAS E ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO, MELLORAS INSTALACIÓNS 300.000,00 € 340-341-226,09 GASTOS EN ACTIVIDADES DEPORTIVAS E XUVENÍS 100.000,00 € 340-342-789,02 TRANSFERENCIAS A FAMILIAS E ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO, MELLORA INSTALACIÓNS DEPORTIVAS 150.000,00 € 457-333-622,01 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS, EDIFICIO MUSEO 233.100,00 € 457-337-682,01 INVESTIMENTOS EN BENS PATRIMONIAIS, (Obras Pendellos de Agolada) 115.000,00 € 457-450-622,03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS, MELLORAS 200.000,00 € 926-926-623,01 MAQUINARIA INSTALACIÓNS E UTILLAXE (Novo Centro Proceso Datos) 71.041,76 € 926-926-626,01 EQUIPOS PROCESO DE INFORMACIÓN (eDepo, lote 1º) 81.460,69 € 926-926-625,01 MOBILIARIO INFORMÁTICO (Novo Centro Proceso Datos) 24.000,00 € 926-926-641,00 PROGRAMAS E UTILIDADES INFORMÁTICAS (eDepo, lote 2º) 49.348,50 € 928-920-202,00 ALUGUER DE EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS 44.043,96 € 942-453-611,09 PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN, REDE VIARIA PROVINCIAL (Maior achega da Deputación, gastos non elixibles PPC/2011) 21.388,17 € Total suplementos de créditos... 1.939.383,08 € Este expediente finánciase con baixas de créditos de gastos, das aplicacións que se detallan, cuxas dotacións son reducibles destinándose a outras finalidades, e con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose as seguintes operacións: • Baixas de créditos: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 942-942-762,01 PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN.OBRAS MUNICIPAIS (PPC/2011) -21.388,17 € SUMA… -21.388,17 € • Remanentes líquidos de tesourería para gastos xerais: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios ………………………….. 328.689,92 € 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito ………… 1.917.994,91 € TOTAL... 2.246.684,83 € 2. O expediente de modificación de créditos número 1/2011 será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.6055.- APROBACIÓN DA ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO O 26 DE FEBREIRO DE 2008 ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE DIVERSAS ACTUACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 5. Aprobación da addenda ó convenio de colaboración asinado o 26 de febreiro de 2008 entre a Deputación provincial de Pontevedra e o concello de Pontevedra para a realización de diversas actuacións. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si bos días a todos e a todas, grazas Sr. Presidente. Ben, vén aquí unha modificación dun convenio do 2008, convenio asinado o 26 de febreiro de 2008, xa bastante tarde porque daquela xa estaba en licitación a obra , naquel convenio que era moi amplo, pois, a Deputación cedía ó concello unha serie de viais, e cedía o edificio de educación, que xa a Deputación ten rehabilitado para as súas centrais, e a Deputación pois, ou sexa, se o concello cedía ese edificio a Deputación cedía os viais, e a Deputación comprometíase a executar o vial Monteporreiro-Médico Ballina, iso xa veu aquí ó Pleno varias veces, e foi aprobado por unanimidade. Naquel convenio pois, se poñía que as expropiacións de todo o vial, pois ía á cargo do concello. Ben, despois, houbo aquí nesta casa un plan anticrise, no que os concellos de Pontevedra e Vigo quedaron fóra, igual que Mondariz Balneario, pero iso está subsanado, e en principio, pois esta casa foi moi reducinte, leva anos sendo moi reducinte a transferir, quitando agora con isto dos campos de fútbol, coas dificultades que hai, a que concellos xestione fondos desta casa, transferir. Pero este convenio modificouse por un acordo, que xa ten, se non me acordo mal, un ano, no que a participación de Pontevedra, no plan anticrise ían as expropiacións, ían actuacións en materia de seguridade vial, no viario provincial en Pontevedra, e ían cando menos o proxecto de acceso a Castro Senín, agora chega practicamente tarde, pois a modificación do convenio que xera o concello, pagar as expropiacións, e as pagan a Deputación, parte xa están incluso adiantadas e pagadas, pero sobre as outras actuacións non sabemos nada. En fin, a Deputación, estes acordos pois, en fin, van sendo,” si pero…”, “si pero…”, con calma, vamos dándolle moitas voltas, e en fin, á ultima hora e arrastro, pois algo se vai cumprindo, agardamos que o que se fixo agora, xa estamos en mala época, pero antes de acabar a corporación, porque o plan anticrise, creo que era 2009-2011, 2011 na práctica, para certos efectos acaba en maio. Polo tanto agardemos, que a parte de este convenio que vén agora aquí a modificar, polo tanto vamos a votar a favor, como se votou en todos eses trámites de este vial, pois cos demais compromisos que hai da Deputación con Pontevedra, en relación á aquela reunión, o plan anticrise pois, que se vaian impulsando, efectivizando, non volvemos saber nada máis dende aquela, nin deses proxectos de seguridade vial, ni do proxecto de acceso a Castro Senín. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que eu estaba esperando, pero non llo escoitei, de que estaba esperando a súa felicitación á Deputación e a seu equipo de Goberno, por poñer en marcha este convenio, primeiro no ano 2008, e agora pois, para que vexa que hai boa vontade de colaboración e de entendemento. Estaba esperando a súa felicitación pero non foi posible, a ver si o logro convencer, que eu creo que xa está convencido, o que pasa que por dispoñibilidade partidista, igual non o pode facer, porque estamos nun momento moi cercano a unhas eleccións, igual non é conveniente, pero a verdade é esa, é a realidade que a Deputación fixo neste momento, nos últimos catro anos, ou nos últimos 6, incluso, a maior inversión que nunca antes había feito na cidade de Pontevedra, probablemente que nunca fixo ningunha outra administración, e que a maiores deso, para seguir na mesma liña de colaboración, precisamente modificamos este convenio para que sexamos máis áxiles a hora de que non temos que ingresarlle á Deputación, nós derivados ata o concello algún ingreso, etc., etc. Ou sexa, todo son axilidades, bo entendemento, e boa vontade política por parte deste Goberno. Polo tanto, como lle digo, como isto que estou dicindo é a realidade, e non é outra cousa máis que realidade, pois, esperábamos da súa parte, sabemos que xa, como mínimo, contábamos co seu voto favorable, pero á amén deso, pois, sabemos que somos unha administración gobernada por outro, cor político distinto, pero creo que iso en ningún momento, diferenciou para nada a importancia das inversións que estamos acometendo na cidade de Pontevedra, pois ó menos que esperabamos de vostede é que neste caso esta institución foi merecedora desa confianza que depositou para, con importantísimas inversións na cidade de Pontevedra, pero bueno, co paso do tempo ó mellor se logra, pouco a pouco, irase logrando, pois que vostede vaia valorando en positivo todas e cada unha das distintas actuacións que a Deputación de Pontevedra está acometendo no seu concello. Polo tanto xa digo, é un convenio que beneficia clarísimamente os intereses desta cidade, da cal este goberno é, dalgunha maneira, testigo de todo o que se leva facendo nos últimos anos para e coa cidade de Pontevedra. Non sei se quere comentar algunha cousa máis. Para felicitarnos seguramente. Doulle a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, permítame que como grupo provincial lle diga que hai certo retrasos, e terá que recoñecelos, como tamén pode haber retrasos do concello de Pontevedra noutras ocasións, hai que recoñecelos, hai que recoñecelo, non sabemos nada dos proxectos que dixen antes, dos proxectos de seguridade vial en Xeve, e nalgún outro punto, nin do acceso a Castro Senín, pero parece que vostede quere levar a outro ton, pois non se preocupe, mire, dígolle, dixémolo, dixo o alcalde e dígolle agora eu aquí, xa como a parte do grupo provincial representante do concello de Pontevedra, nunca, nunca houbo mellor sintonía institucional entre esta casa e o concello de Pontevedra como a que houbo dende o ano 99 ata agora, xa o dixemos, e os investimentos da Deputación de Pontevedra, foron moitos máis altos á ritmo anual o que se queira, do que houbo antes cando gobernaba a mellor forza política, e tamén llo advirto, se hai cambios, estou seguro que vai a ir bastante a peor … Sr. Presidente.- … Mellor … Sr. Mosquera Lorenzo.- ... ¡Ah!, pero … Sr. Presidente.- … ¡Ah! Non lle entendía… Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ah!, pero, o sabe vostede perfectamente, cónstalle, e de feito xa tivo algún problemilla con esta mesma obra por culpa dalgunha ocorrencia ... Sr. Presidente.- … A capacidade de xestión é distinta … Sr. Mosquera Lorenzo.- … Efectivametne, sabe perfectamente, que chega a haber cambio na corporación do goberno de Pontevedra, vai ter moitos máis problemas … Sr. Presidente.- ... Todo parece indicar que si que vai a haber … Sr. Mosquera Lorenzo.- Vai a ter moitos máis problemas, e eu o que quería escoitar, pois llo digo, porque xa está dito outras veces, xa está dito doutras veces, e demais, o único que quero dicir, que neste caso o acordo que houbo, para compensar a non participación, non vai con certo retraso, tanto esta modificación do convenio como as outras actuación que se acordaron. Terá que recoñecermo que é así. Ben, entón non pasa nada, non pasa nada. Agora, vostede quere levar o marco xeral de colaboración institucional e de feito, o vexo perfectamente, entón supoño que seguirá ós discursos do alcalde, os nosos, o cal é a nosa mensaxe e non nos privamos en arrearlle a estopa á Xunta de Goberno central por retrasos, a Deputación non a citamos, ¿porque? Porque a colaboración, sabe perfectamente, os feitos son obxectivos non o vamos a discutir, pois houbo unha época de colaboración pois moi boia, cando hai sentidiño común, cousa que a veces, non é a mesma forza política, non o hai, polo menos entre Pontevedra gobernada polo PP e a Deputación gobernada polo PP non o houbo, e os feitos están alí. Ben, eu quería escoitar, ben dito está, repetido están, se así se queda contento. Pero dito iso, vai con retraso, polo tanto se se puidera axilizar, e deixar licitados o demais, os proxectos de seguridade vial, que a parte son urxentes e sabe vostede que son urxentes, e polo menos elaborar o proxecto de acceso a Castro Senín, pois algo teríamos avanzado, e habería un cumprimento máis exquisito, pois dos compromisos moi construtivos para os cidadáns que temos adquirido o concello e a Deputación. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que a capacidade de xestión do Partido Popular é distinta, e polo tanto nese sentido, saben como xestionar ben os intereses, sen a veces ter que recorrer a outras administracións, ese cambio parece ser que se vai a dar o próximo 22 de maio, pero fóra diso, hai que destacar o que vostede ben dicía, de que logramos poñer encima da mesa, o que unía o que era os intereses de todos os veciños de Pontevedra, sacar adiante as inversións necesarias, e aí están. En relación ós retrasos, dicirlle que non hai ningún retraso, todo o contrario, hai algunhas obras que neste momento teñen necesidade de ser melloradas, o próximo domingo vamos a ir a visitar neste caso, unha instalación deportiva que se constrúe na cidade de Pontevedra, tanto neste caso, o seu compañeiro Alcalde de Pontevedra como eu, eu manifestei o meu interese de que esa obra necesitada dunhas melloras, que non estaban previstas, e se van a facer melloras nesa infraestrutura coa colaboración do concello e coa colaboración da Deputación. Tamén, evidentemente, vostede sabe, que na ponte sobre o río Lérez, ponte de Monteporreiro, había unha previsión inicial dun gasto que agora esa previsión inicial, que vostede ademais, coñece moi ben esa actuación, vai a sobrepasarse bastante por encima, en relación ó tema de expropiacións, do que estaba previsto. Polo tanto, o compromiso da Deputación e a colaboración da Deputación, non se queda so alí no previsto, senón que vai a ser aumentada, porque entendemos que as cousas cando se inician deben de ser rematadas. E alégrome ademais que os veciños de Pontevedra, veciños e veciñas de Pontevedra poidan escoitar isto, de que entre dúas administracións de cores políticos distintos sexan capaces de entenderse e de sacar adiante cuestións que a Pontevedra benefician, Pontevedra no seu conxunto. Polo tanto, eu nese senso tamén dicir o mesmo, que seguimos nesa liña de colaboración. É certo que con outros, goberno bipartito, por exemplo, pois non tivemos nada deso, a máis era un cor político igual o que vostedes agora mesmo teñen, e tamén vostede dicía agora, de que é certo que cando son máis amigos ou son da mesma familia, a veces non se acaban entendendo, porque vostedes durante catro anos do goberno da Xunta non foron quen de sacar absolutamente nada, sen embargo son quen de dialogar e entenderse cun partido político de goberno na Deputación que é o Partido Popular. Pero bueno, esas son as cousas da vida, e así é. Pero bueno, isto neste caso é polo ben da cidade de Pontevedra e seguiremos aí, estando nesa liña de maior inversión histórica para e coa cidade de Pontevedra, que creo que era xusta, era merecida e polo tanto esa é a nosa obriga. Procedemos á aprobación da addenda do convenio de colaboración, neste caso, asinado fai agora, pois tres anos, entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Pontevedra para a realización de diversas actuacións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O 26 de febreiro de 2008 foi asinado un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra para levar a cabo diversas actuacións, entre as cales se prevía a execución do proxecto “Acceso oeste a Montecelo. Tramo I: PO-223 á Avda. de Bos Aires. Tramo II: PO-223 Porta do Sol- N-550- Avda. Médico Ballina" que contempla a construción dunha nova ponte sobre o río Lérez e o seu acceso. Ó abeiro do convenio asinado, a Deputación obrigouse a levar a cabo a contratación e execución de dita infraestrutura mentres que o Concello de Pontevedra asumiu o compromiso de achegar o financiamento suficiente para facer fronte ás expropiacións dos terreos que fosen necesarios para levar a cabo a citada obra. Sen embargo o anterior e tendo en conta os recursos asignados ó Concello no Plan de inversións anticrisis da Deputación, ambas Entidades consideran que é máis conveniente destinar parte dos fondos de dito Plan ó financiamento das expropiacións pactadas no convenio do 2008, entendendo todas as partes que as condicións que motivaron a sinatura do convenio de referencia son plenamente vixentes, os seus obxectivos son invariables no tempo e é necesario o seu cumprimento. En consecuencia esta addenda regularizará e actualizará o compromiso económico adquirido no seu día pola Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra no relativo á construción da nova ponte sobre o río Lérez e o seu acceso. Segundo consta na documentación que obra no expediente administrativo da súa razón no tramo I, actualmente en execución e con todos os terreos ocupados, a Deputación Provincial de Pontevedra aboou ata o momento pola expropiación das fincas a cantidade de 502.493,35 euros, dun total retido de 527.972,05 euros, xa que aínda falta determinar o prezo xusto dalgunha propiedade. En relación ó tramo II existe un importe xa retido para as expropiacións que ascende á cifra de 434.385,32 euros, cantidade que con toda seguridade sufrirá variacións á alza xa que moitos propietarios anunciaron que acudirán ó Xurado de Expropiación de Galicia para a determinación do prezo xusto. En resumo, a cantidade destinada inicialmente para o pago das expropiacións derivadas do proxecto “Acceso oeste a Montecelo. Tramo I: PO-223 á Avda. de Bos Aires. Tramo II: PO-223 Porta do Sol- N-550- Avda. Médico Ballina" ascende a 962.312,37 euros. O 11 de marzo de 2011 o Sr. Secretario emite informe favorable á tramitación do expediente. Así mesmo, o 15 de marzo de 2011, o Servizo de Intervención informa favorablemente o expediente sinalando que a citada cantidade será financiada con cargo á aplicación correspondente do Plan de Investimentos da Deputación, PID 2009-2011, que será no seu caso a 11/942.942.652.45.2009 do vixente orzamento provincial, sendo necesario levar a cabo ó respecto a oportuna modificación de crédito ás aplicacións correspondentes da obra. Por todo o exposto, á vista dos informes do Sr. Secretario e do Servizo de Intervención, o Pleno da Corporación Provincial acorda por unanimidade: Aprobar a addenda ó convenio de colaboración asinado o 26 de febreiro de 2008 entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra para a realización de diversas actuacións. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización da mencionada addenda mediante a súa sinatura. Dita addenda é como segue: ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO O 26 DE FEBREIRO DE 2008 ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE DIVERSAS ACTUACIÓNS. En Pontevedra, a de marzo de 2011 REUNIDOS Dunha parte, o señor D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Doutra parte, o señor D. Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde-Presidente do Concello de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 124.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas as dúas partes recoñécense mutuamente na calidade en que interveñen, con capacidade legal, suficiente e necesaria, e a tal efecto MANIFESTAN I. Que o 26 de febreiro de 2008 foi asinado un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra para levar a cabo diversas actuacións, entre as cales se prevía a construción dunha nova ponte sobre o río Lérez e o seu acceso. II. Ó abeiro do convenio asinado, a Deputación obrigouse a levar a cabo a contratación e execución de dita infraestrutura mentres que o Concello de Pontevedra asumiu o compromiso de achegar o financiamento suficiente para facer fronte ás expropiacións dos terreos que fosen necesarios para levar a cabo a citada obra. III. Sen embargo o anterior e tendo en conta os recursos asignados ó Concello no Plan de inversións anticrisis da Deputación, ambas Entidades consideran que é máis conveniente destinar parte dos fondos do dito Plan ó financiamento das expropiacións pactadas no convenio do 2008, entendendo todas as partes que as condicións que motivaron a sinatura do convenio de referencia son plenamente vixentes, os seus obxectivos son invariables no tempo e é necesario o seu cumprimento. En consecuencia esta addenda regularizará e actualizará o compromiso económico adquirido no seu día pola Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra no relativo á construción da nova ponte sobre o río Lérez e o seu acceso. Co fin de regular a colaboración entre as Administracións para o fin mencionado, ACORDAN Subscribir esta addenda ó convenio citado no que se modifica, no relativo á construción da nova ponte sobre o río Lérez, a cláusula SEGUNDA: Obrigas da Deputación de Pontevedra e a cláusula TERCEIRA relativa ós compromisos do Concello de Pontevedra, do seguinte xeito: CLÁUSULA SEGUNDA. OBRIGAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA … II. Construción do acceso oeste a Montecelo … O importe dos dous tramos comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os de dirección de obra e de seguridade e saúde. Así mesmo a Deputación Provincial de Pontevedra financiará, nun importe que ascende a 962.312,37 euros, as indemnizacións derivadas das expropiacións dos terreos necesarios para executar as obras nos dous tramos con cargo ós recursos que o Plan de inversións anticrisis da Deputación prevé asignar ó Concello de Pontevedra, sen prexuízo das modificacións á alza que se poidan producir no prezo xusto a instancias do Xurado de Expropiación de Galicia que tamén asumirá a Administración Provincial. … CLÁUSULA TERCEIRA. OBRIGAS DO CONCELLO DE PONTEVEDRA … II. A nova ponte sobre o río Lérez O concello de Pontevedra outorgará a correspondente licenza municipal, se fora precisa, e por ser o destinatario último da obra non corresponde facer fronte a ningunha liquidación pola expedición daquela nin por calquera outro tributo municipal por motivo destas obras. Unha vez concluída a obra comprométese ó mantemento da mesma, asumindo a responsabilidade da súa titularidade. … Á vista do exposto, cómpre concluír que resulta vixente en toda a súa extensión o convenio orixinal, agás as modificacións expresadas. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN O ALCALDE DO CONCELLO DE PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PONTEVEDRA Rafael Louzán Abal Miguel Anxo Fernández Lores 6.6056.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “MELLORA E AMPLIACIÓN EP-9305 COIRÓN-RIBADUMIA-LEIRO. LUGAR DE PADRENDA (MEAÑO)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto 6. Aprobación inicial do proxecto “Mellora e ampliación EP-9305 Coirón-Ribadumia-Leiro. Lugar de Padrenda (Meaño)”. Exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. Motivación da urxencia. Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Mire, eu pediríalle que este expediente quedara sobre a mesa, non por ningún motivo exclusionista, nin de tocar, vamos, vulgarmente tocar as narices. É dicir, creo que visto o proxecto, ben pobre por certo, porque non hai maneira tan sequera de..., eu non vin ningún plano que estean, por exemplo, o ancho das beirarrúas, que son 60 cm., 40 cm., nalgún sitio un metriño, cousas así. Pois, non responde a ningún criterio nin de seguranza viaria, nin de tratamento de viario que se poida entender, pois razoable, non vamos a dicir xa que cumpra non sei cantas normativas, porque é imposible, aplicada a lei de accesibilidade nos termos, sería prohibido facer unha beirarrúa que teña menos de 1.80 libre, deso non ten 1.80 en ningún sito, polo menos no que aparece no plano. Non sei como non está acotado, dificilmente se pode ver, ¿non?. Entón, pero vamos, así a ollo, pois é fácil facerse unha idea, e demais. Entón, facer obras nestes momentos, así de poñer estas beirarrúas que agora están suprimindo, de 30 cm. que son máis un estorbo que unha solución, pois probablemente non sexa…vamos, non teñen ningún sentido nestes momentos. Por outro lado, é certo que con certos altibaixos nesta casa, hai un acordo, no que cando se urbaniza, bueno urbanizar é un termo moi xenérico, pero concretado cando se poña beirarrúas ou se poñer alumeado ou alcantarillados, se pon auga, cando se poñen servizos urbanos, digamos, incluídas as beirarrúas, sempre se fixo mediante convenio, incluso chegou a ver uns parámetros dos convenios, e demais, neste caso non se vai mediante convenio, o concello non aporta nada, en principio. E hai unha terceira cuestión, que é a dispoñibilidade dos terreos, que claro, que vai enlazado co anterior, ¿considérase unha obra urbana ou non?. Entón, indo ó fondo do proxecto, francamente, se estamos por conseguir un tratamento do viario provincial, ata onde se poida, así máis ou menos razoables, dende o punto de vista de seguridade de accesibilidade e demais, pois iso, francamente non cumpre nada de iso. Van a ver a rúa por un lado, estreita, anchea, desaparece, logo volve a aparecer un cacho, cousas dese tipo, que en principio, francamente, non acabei de entender, exactamente que é o que se pretende, ou sexa, poñer un cacho de beirarrúa, delimitar perfectamente o asfalto, máis ou menos debe de ser, porque o resto nin é beirarrúa nin é nada, ou sexa un cacho desaparece, aparece, estreitiña de todo, non sei que. Francamente me parece que o proxecto é moi, moi deficiente, sei que iso é unha responsabilidade, bueno, pode ter instrucións políticas, pero nun principio non é responsabilidade política, senón de quen o fixo, e non acabamos, dende logo non corresponde para nada coas ideas que estaban máis ou menos plasmadas no acordo que se tomou aquí en decembro, para nada, nin co borrador ese da ordenanza que parece que se atrancou, parece que se ía a aprobar e demais. Entón, pedíalle que o deran a pensar, a ver si vamos a estar por un lado cuns criterios de actuación no viario provincial, e por outro lado, facendo obras que van radicalmente en contra deses criterios. Claro a nós escápasenos, se que hai algunha limitación extraordinaria, porque alí todos xustifican que hai moito tráfico, que cada vez hai non sei que, entón facemos isto, bueno, pero a relación causa-efecto non aparece por ningún lado, porque non hai posibilidades de facer a beirarrúa, porque as expropiacións son moi caras, porque afecta a moitos muros, aparentemente, como que está, vamos, polas casas si pasarían, polo menos en grandes tramos. Francamente pediríalle, digo por razoar, senón a favor non podemos votar, á menos que se nos convenza de que hai algunha razón extraordinaria, dende logo no expediente non aparece, e o proxecto, repito que non ten, pouco ten que ver co que debería ser un proxecto de tratamento dun viario de seguridade vial, en fin, que co que se xustifica. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. En relación a iso dicir, que me parece unha proposta acertada, a súa petición, o que coñezo eu deste tema, que me falta algunha cuestión aínda por coñecer, hai que dicir en defensa ó concello de Meaño, que foi o primeiro sempre na achega dese 30 % para todas e cada unha das urbanizacións que fixemos no concello de Meaño, polo tanto, non é dubidoso. En relación a este plantexamento que, eu recorde, hai neste momento, plantexado unha execución dunha variante, que porque está a punto de aprobarse o plan xeral do concello de Meaño, non se puido executar, porque este vial debe ser o único vial a nivel provincial que está dentro, literalmente, dun polígono industrial, pero bueno, atendendo a súa petición que me parece razoable, que vamos revisar polo miúdo este actuación e o veremos e o traeremos aquí de novo para cando chegue o seu momento. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno, é que eu non coñezo ben o expediente, pero que si se vai a executar unha variante, aínda que sexan dous, tres anos, se non se quere tocar, pois sería o razoable, parece poñer unha dirección única, unha estacionamento e unhas beirarrúas decentes, por exemplo, digo, tal e como está o proxecto non vai, e se me din incluso que hai posibilidade de alternativa, pois entón… Sr. Presidente.- Si pero ten a súa complexidade, hai proxecto feito, está redactado, está todo, de feito hai incluso propietarios citados para a expropiación e todo o demais, pero por algún motivo no se puido aínda levar a cabo, pendente de aprobación, creo que do plan xeral, etc., e polo tanto debe de ser un tema de saída de emerxencia, de urxencia, perdón, pero bueno, de todas maneiras vamos a velo ben, e tan pronto como o teñamos perfectamente claro o traeremos aquí de novo. Polo tanto eu propoño neste caso que quede sobre a mesa, para o mellor estudo deste tema. Queda sobre a Mesa a aprobación inicial do proxecto de “Mellora e ampliación EP-9305 Coirón – Ribadumia – Leiro. Lugar de Padrenda (Meaño)”, a exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación, a declaración de utilidade pública da obra, a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e a motivación da urxencia. 7.6057.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO HARMONIZADO, DO CONTRATO DE CONCESIÓN DE OBRA PÚBLICA PARA A CONSTRUCIÓN E EXPLOTACIÓN DUN APARCADOIRO NA AVDA. LUIS ROCAFORT DE SANXENXO (EP-9204) E A URBANIZACIÓN DA ZONA Sr. Presidente.- Punto número 7. Aprobación do expediente de contratación para adxudicación, mediante procedemento aberto harmonizado, do contrato de concesión da obra pública para a construción e explotación dun aparcadoiro na Avda. Luis Rocafort de Sanxenxo (E-9204) e a urbanización da zona. D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días a todos. Tal e como xa comentamos na Comisión Informativa, trátase de que no Pleno do 29 de outubro de 2009, aprobárase un convenio de colaboración entre a Deputación e o concello de Sanxenxo para impulsar a construción dun aparcadoiro na Avda. Luis Rocafort, na E.P. 9204 así como a urbanización da zona, e dadas as características e o custe estimado ás obras que ascenden á cantidade de 7.345.782,37 € IVE incluído, acudirase a un contrato de concesión de obra pública por un período de 40 anos, asumindo o futuro concesionario á totalidade de inversión. O prazo de execución das obras está fixado en 12 meses, as prazas de aparcadoiros son 372, 20% para residentes e 6% para minusválidos, e os prezos da cesión das prazas é de 16.724 euros sen IVE. Nas cláusulas de dito convenio establécese que a Deputación sería a administración que teña na súa integridade a condición de administración concedente, ós efectos previstos na lei 30/2007 de contratos do sector público, correspondéndolle integramente a xestión contra actual do proxecto en toda a súa extensión e correspondendo ó concello de Sanxenxo poñer á disposición os terreos necesarios para a urbanización da parte que non é obviamente pois, da Deputación, que nestes momentos se está tramitando. Na mesma sesión plenaria aprobouse o seu anteproxecto técnico e o estudo de viabilidade económica-financeira, de acordo co disposto na propia normativa de lei de contratos do sector público, e logo foron sometidos á información pública o anteproxecto técnico o estudo de viabilidade económico-financeira. En canto á tramitación ambiental o expediente de 4 de novembro de 2010, o Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño remite informe no que se determina que o proxecto non afecta ó dominio público Marítimo e Terrestre, nin á súa servidume de tránsito, polo que non é necesario ningún tipo de autorización ou concesión, e pola súa banda o 4 de marzo de 2011 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación ambiental, á vista do documento ambiental remitido dende a Deputación provincial de Pontevedra, remite resolución, a través da cal se adopta a decisión de non someter o proxecto ó tramite de avaliación ambiental. A adxudicación do presente contrato, proponse, que unha vez cumpridas as actuacións preparatorias do contrato de concesión de obra pública, a adxudicación do presente contrato, proponse que sexa mediante o procedemento aberto multicriterio harmonizado, ó superar o seu valor estimado ós 4.845.000 €, e considerando que a disposición adicional segunda da lei 30/2007, no seu apartado 2, establece que corresponde ó pleno as competencias como órgano de contratación respecto a este contrato de concesión de obra pública, e tendo en conta o establecido nas bases de execución do orzamento para 2011, e concretamente na base 16.3ª, pois o que se propón é que o pleno que acorde aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante o procedemento aberto multicriterio harmonizado do contrato de concesión de obra pública para a construción e explotación dun aparcamento na Avda. Luis Rocafort de Sanxenxo e a urbanización da zona. Aínda que non se establece un tipo determinado na presente licitación que versará sobre os prezos máximos das tarifas canon, mínimo prazo de concesión e demais extremos contidos no prego, para os efectos de tramitación de expediente e determinación de garantías establécese un tipo polo presuposto estimado de 5.231.293,53 € sen IVE; sendo o orzamento total con IVE 7.345.782,37 €. Punto dous, aprobar os pregos de cláusulas económicas administrativas e técnicas que rexen dito procedemento aberto multicriterio harmonizado. E terceiro, iniciar o prazo de presentación de proposicións para dito procedemento coa publicación do anuncio no diario oficial da Unión Europea, con antelación mínima de 52 días, ademais da súa publicación no BOP e do BOE, quedando a adxudicación condicionada á posta de disposición dos terreos da titularidade municipal que restan dentro do que é o proxecto de urbanización, e que se están a tramitar nestes momentos. Iso é, Presidente o que teño nesta primeira intervención. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bueno, este asunto xa veu aquí cando se aprobou o proxecto, e hai unha serie de cuestións que quedaron sen aclarar, e seguen sen aclarar, aínda non houbo maneira de que nós supéramos ¿Por qué a Deputación se mete a sacar a licitación de estacionamento con terreos que pon o concello dentro dun vial provincial?, o resto dos terreos do vial provincial, nun vial absolutamente urbano e terminal, que o procedemento razoable sería, pois, transferir ese tramo do vial ó concello, e que o concello licitara o estacionamento. Non houbo maneira de que se aclarara, ¿por qué se fixo desa forma?. Pero mire Sr. Presidente, que a parte, vostede foi a presentar alí, e coñece moi ben o asunto e demais. Estamos dispostos votarlle á favor. O risco que ese estacionamento quede deserto, é dicir, facer un pouco o ridículo con el é bastante elevado, aquí nunca hai garantía. Ben, estamos dispostos a votarlles á favor, participar, digamos en que se faga este estacionamento tal como se fai, se o Sr. Presidente, pois, cumpre dúas condicións, a parte moi faciliñas. A primeira que en calquera caso que un concello solicite algo similar se lle faga, bueno temos eleccións, cambia a corporación, pero polo menos ese compromiso, non se fixo nunca en procedemento anómalo para esta casa, pero se un concello está disposto a facelo, pois que o fagan. E en segundo lugar, condición ben faciliña, e a segunda tamén é moi faciliña, vostede saben que falaron deste estacionamento aquí, sempre están metendo cuestións de Pontevedra, incluso nos dixeron que o estacionamento da praza de España non o facíamos porque se se chamaba de España ou de Francia, ¿acordase? Sr. Presidente.- … ¿Eu? ... Sr. Mosquera Lorenzo.- ... Si, si, aquí chegaron a dicir que o estacionamento da praza de España estaba parado, non tiñamos ningunha presa, porque se chamaba de España, ¿verdade? Si … Sr. Presidente.- … Non, Sr. Mosquera, unha sola, pequeniña puntualización, díxenlle antes, é que son moi coherente no que digo, e que a capacidade de xestión de vostedes coa nosa, é totalmente distinta, vostedes botaron 12 anos para facer un aparcamento en Pontevedra, 12 anos … Sr. Mosquera Lorenzo.- … Vale, vale, … Sr. Presidente.- … Nós, evidentemente, para poñerlle un exemplo, así que vostede coñeza, pois votamos dous meses en Sanxenxo, o mesmo aparcamento en Sanxenxo, dous meses contra 12 anos, só era para darlle un dato. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, entón ¿xa está feito logo?, entón xa …, non temos que votar … Sr. Presidente.- Non, este, o outro, o que está feito … Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ah!, vale, vale, bueno, tamén … ben … E a segunda cuestión é que, como falaron aquí dese estacionamento, á parte está aquí, e ademais está ó lado, pois mire, este estacionamento vostede sácano, aquí saíron as prazas en 18.000 contando o IVE 18%, 18.300 e aquí sae en 20.000 vale, e a praza de rotación no verán alí, agora sumando sae en 1.95 e o de aquí sae e 1.58, creo, algo así. Entón unha de dúas, ou me di que este é un atraco, ou me di que o da praza de España tiña uns prezos moi razoables, se me di que o da praza de España tiña uns prezos moi razoables, e polo tanto, este pois vai neses parámetros, pois está claro, o que non podemos e estar escoitando a súa forza política un día, que este non sei que pasa, cas desgrazas, e aquí votarlle a favor dun máis caro, iso si que é unha contradición que non somos capaces de asumir, entón se me di que os prezos de aquí, ou sexa que os prezos de Sanxenxo, son razoables, polo tanto, os de aquí son aínda máis, porque son máis baixos, e a obra era máis cara aínda por riba, votámoslle á favor, creo que as dúas condicións son de pura lóxica, e bastantes ben simples, ¿verdade?. Sr. Presidente.- Bueno, pois é de agradecer a súa proposta. E eu concretamente, no de aquí son coñecedor do servizo, a pena foi que tivemos que esperar, pois case o tempo que eu levo aquí, 12 anos. Chegaron ó goberno, prometeron e en 12 anos non foron capaces de facer máis que un aparcamento, ¿non?. Neste dato que vostede me di, eu recoñezo, podo recoñecerlle que o prezo debe de ser razoable, porque é un aparcamento, claro, porque non hai moitos máis en Pontevedra, entón, hai que utilizar o que hai, e eu aquí entro de cando en vez, e as veces está cheo, pero no outro apartado, eu non son técnico para valorar, porque aquí hai un estudo económico feito con previa antelación, e eu espero que poidamos sacalo adiante, e que poida haber, bueno eu xa lle dicía automaticamente agora que se fose fai 4 ou 5 anos, que isto non se iniciou agora por, vostede di, por campaña electora, isto e “mea culpa” no meu caso, de que vai con retraso bastante, porque xa levamos pelexando con el tres anos, polo menos, tres anos, e xa fun alí varias veces na intención de sacalo adiante, encontrámonos con algo de complexidade técnica, e tal, e saíu agora porque lle tocou, porque xa levamos uns meses avanzando nel, polo tanto xa digo, xa o presentamos, xa se dixo, se fose noutro momento, que era, eu finalmente quería dicir, momento conxuntural económico distinto ó que toca vivir agora, xa dicía que non había ningún problema en que iso se ía a facer seguro, agora mesmo, primeiro a empresa adxudicataria ten que contar co financiamento necesario para iso, que é un momento, vostede máis eu xa sabemos cal é o grado de dificultade, polo tanto, pois, esas son as incertidumbres que quedan alí, pero como vostede ben dicía, eu tamén traslado, agora que temos unha certa alianza política, o cal no é malo, o cal non é malo que haxa alianzas políticas entre partidos que defenden ou intentan defender o mesmo, pois sempre é bo que teñamos intereses e coincidencias no mesmo, na defensa de buscarlle mellores infraestruturas para os veciños, sexa cal sexa a localidade. E polo tanto no primeiro apartado que me di, cando vostede plantexe nalgún sitio que sexa razoable, vamos a defendelo, ¿por qué non? Porque ademais aquí, é unha iniciativa que non vai a custar nin un so euro ó erario público, que en todo caso é financiamento privado, co que logramos dar un servizo público e mellorar unha estrada que creo que debe de ser mellorada, porque vai a un dos accesos dun municipio clave no ámbito turístico en Pontevedra e tamén en Galicia. Polo tanto non teña ningunha dúbida que neso vamos a estar alí para o momento que me diga, oiga, pois aquí hai outro plantexamento destas características e estamos dispostos como non a sentarnos e se hai que facer outra proposta neste ámbito a facemos sen ningún problema. Doulle a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, Sr. Presidente. Entendo que se algún concello da Provincia pide que se faga un estacionamento nestas condicións é que se ... Sr. Presidente.- … Si, nas condicións que estamos falando … Sr. Mosquera Lorenzo.- E entendo o que acaba de dicir, que o estacionamento este da praza de España ten uns prezos absolutamente razoables, que son máis baixos que este, correcto. Como non podía ser doutra maneira … Sr. Presidente.- … A pena é que vaia con 12 anos de retraso … Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, mire, xa que quere entrar niso, non, se eu entendo que teñen certa obsesión co estacionamento da praza de España, que lle vamos a facer, o único que podo dicir é que a ver senón lle caen as mesmas placas que lle caeron ó Pontevedra dende que foron a facer a foto, porque viñeron a facer a foto e menudo lio. Pero mire, xa que cita estas cousa, non teño máis remedio que contestarlle, exactamente nestes 12 anos, puxéronse en servizo en Pontevedra, os seguintes estacionamentos, o de Mollabao, que se acaba de poñer agora gratuíto; o de onde está o mercado provisional diante do Pavillón, gratuíto; o do recinto feiral, gratuíto; o do mercado, o do mercado, soterrado de baixo do mercado, iso o fixemos nós. Sr. Presidente.- Xa o deixamos… Sr. Mosquera Lorenzo.- Diso nada, oiga, a ver, non se poña a falar do que non sabe … Sr. Presidente.- … Adxudicado … Sr. Mosquera Lorenzo.- Adxudicada a obra sen o estacionamento, tivemos que modificar todo nun tempo record … Sr. Presidente.- … Así vamos puntualizando, teño moi boa memoria … Sr. Mosquera Lorenzo.- … O do mercado; o da praza de España; o de Renfe; o de Campolongo, un estacionamento de case 1.000 prazas, onde está a Xunta, alí ó lado; e o de Veteris … Digo, mire vostede, nese aspecto debe de ser o concello que máis estacionamentos fixo nese período. Pero vaia, era simplemente por puntualizar … Sr. Presidente.- … Non, non … Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero non me ten maior interese, e xa digo que é unha pena que vostede, que lle encanta a política de Pontevedra, aínda que a ten un pouco sesgada, que non se presente, que seguramente podíamos facer unha política moito máis construtiva, con vostede como xefe da oposición, seguro. En todo caso, se me ratifica que as dúas condicións que lle puxemos as cumpre, nos votaríamos a favor co risco, porque tamén teño que dicilo, as empresas que se dedican a estacionamentos, a versións de tres ou catro que xa son bastantes e que…aquí…agora, eu non sei, porque claro, estas cousas teñen, pero non sei se é a cuestión de falalo aquí nun pleno, estas cousas teñen o seu intríngulis. O primeiro o que hai que garantir, é que a alguén lle interese, non para darlle, senón simplemente porque non vai quedar nun deserto, se despois ven outra, e llo saca, pois vale, pero non sei se o teñen garantido ou non, se non está garantido é bastante ariscado facer isto, bastante ariscado e experiencias hai, en Santiago creo que quedaron 7 desertos, en Oviedo 12 dunha tacada, e cousas dese tipo, entón, pero bueno, iso en todo caso non é o obxecto do asunto, e bueno, o asunto esta claro, ¿non?. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que me pon a contestación ben fácil, porque pensei que non ía a ser tan fácil o que me acaba de dicir. Porque os aparcamentos, home, que vostedes boten 12 anos para facer un aparcamento en superficie, aparcamento de botarlle un pouco de xabre, alí en Mollabao, que non tiñan onde aparcar os veciños, que vostede me diga, que alí onde o estado da Xuventude, que aquilo tiña cada bache, so foi botarlle tamén unha capara de xabre, non me diga que iso é un aparcamento que vostedes lograron, e tamén se fai como logro seu, iniciativas privadas de aparcamentos, que ó final son aparcamentos públicos que lideraron outras empresas, e non precisamente o concello, a verdade que o balance é ben pobre, é ben pobre, ademais recordo que vostedes tamén, creo que foron vostedes, que ían a facer un parking na Ferrería e ó final non o fixeron, e que a memoria me dá para moito, tería que ir repasando todo, e, creo que ó final habería un resultado bastante negativo na súa xestión. Pero o que hai é o que hai entón, estaríamos, xa digo discutindo moito tempo, e non é, creo que o caso. Pero vostede tranquilo que ogallá, no caso da proposta que me fai, que existan compromisos das mesmas características en estradas provinciais para levar a cabo con iniciativa da propia Deputación en colaboración co concello, pero neste caso con financiamento privado, para construír en máis puntos da provincia, porque creo que iso é facer xestión, e se ademais non custa nada, pois, benvido sexa. Polo tanto estea tranquilo que iso ímolo cumprir sen ningún problema. Ten a palabra o Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Si, eu voulle a falar do aparcadoiro este de Sanxenxo, despois se quere falamos dos da Illa de Arousa tamén, que a ver si vostede fai un en 2 meses como acaba de dicir. Sr. Presidente.- Home, se gobernara na Illa, probablemente o faría, pero non … Sr. Otero Besada.- Podemos falar deles despois … Sr. Presidente.- … Faltan dous meses nada máis … Sr. Otero Besada.- Este …, voulle a recordar que no ano 2009 antes das eleccións autonómicas, vostedes en Sanxenxo prometeron un aparcadoiro, na rúa Luis Rocafort de 700 prazas, non se fan en dous meses, fai dous anos que o prometeron e aínda está por alí … Sr. Presidente.- Xa o dixen antes … Sr. Otero Besada.- E ía ser de 700 prazas, agora parece ser que se vai a converter en 372, no Pleno do 29 de outubro, onde vostedes aprobaron o convenio co concello de Sanxenxo, eu fixen un par de preguntas que nin alí mas contestaron nin ó día de hoxe tampouco, pero bueno, isto xa é normal en vostedes, é normal. Eu quería saber, e así o preguntei naquel pleno e non mo contestaron, ¿quen vai a pagar a dirección de obra dese convenio de colaboración, e quen paga ó contratista? E segundo informe do propio Secretario dicía que por lei non podía ser, non me contestaron, non sei quen vai a pagar, está no expediente do 29 de outubro. E despois tampouco quedou claro quen ía a pagar ás expropiacións se realmente as hai, que tampouco sabemos, íase a expropiar unha casa, ó final non sabemos se se vai a expropiar unha casa ou non. Pero claro, estamos en campaña electoral, entón anunciamos aquí todo … si, si, …, si. Sr. Louzán, atrévense a licitar un proxecto sen ter os terreos á disposición, porque na mesma resolución vostedes pretenden facer a licitación á expensas de que o concello de Sanxenxo faga o proxecto. Sr. Presidente.- Claro. Faga o proxecto …, mándenos a comunicación da dispoñibilidade dos terreos … Sr. Otero Besada.- … Poña á disposición os terreos, entón, eu pódolle dicir de moitos proxectos, de moitos concellos, que nesta Deputación se rechazaron porque os terreos non estaban á disposición, e que non sei que hai detrás de todo isto, non sei. Pola nosa parte, apoiamos a proposta que fai o BNG, se vostede se compromete a que calquera concello que presenta nas mesmas condicións para que se faga, nós votariámoslle a favor. Nada máis. Sr. Presidente.- Bueno, a verdade que vostede, xa non me dá posibilidade de contestar, porque xa vostede mesmo o aclarou. É certo que non é un tema electoral porque vén do ano 2009, cuestión que dixo vostede, e máis dixen eu, polo tanto alégrome de que coincidira comigo no plantexamento, segundo que esta condicionado á dispoñibilidade dos terreos, aí conste iso, polo tanto xa vostede o aclara, e agradezo esa aclaración. E igual ó que dicía o Sr. Mosquera, aquí hai un intereses, dotar dunha infraestrutura a ese municipio, que ademais tiña dous para poder construír que por motivos diversos, non se puideron facer, e polo tanto nace este terceiro que esperamos que se poida facer, sempre e cando aparezan, como digo iniciativas empresariais que a leven adiante, e eu vou a cumprir en relación a iso que vostede comentaba agora, igual que a proposta que fixo o Sr. Mosquera, vamos a cumprilo, porque entendemos que dar un servizo público, alí onde se xustifique, claro está que iso é unha necesidade. E nos outros apartados, pois bueno, é unha cuestión menos, o importante, é que vostede se de conta de que estamos falando dunha inversión de 7 millóns de euros que faría a iniciativa privada e que polo tanto hai que ver o tema de quen paga a dirección ou neste caso a verificación de que todo se vai cumprindo, é unha cuestión que se terá que ver, pero vamos a velo, non hai ningún problema, porque é unha cuestión, xa digo, menor, no que é o global da actuación do proxecto, ou sexa, que polo tanto se vai a ver sen ningún problema. Nós queremos deixar alí unha boa actuación que dea servizo, e creo que neso coincidimos todos. Polo tanto, procedemos á votación da aprobación, neste caso do expediente de contratación mediante procedemento aberto harmonizado do contrato de concesión de obra pública para a construción e explotación dun aparcamento na Avda. Luis Rocafort e a urbanización da zona. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Moitas gracias ós grupos políticos do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Socialista por apoiar este tema que creemos importante. A Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, atribúe ás Deputacións Provinciais as competencias precisas para a construción, xestión, conservación e explotación da rede viaria da súa titularidade. Pola súa banda a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade á cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e a asegurar a prestación integral e adecuada en toda a Provincia das competencias municipais, que van dende a prestación de servizos básicos como a rede de sumidoiros ou o iluminación pública ata a promoción de actividades culturais ou do turismo. Neste último ámbito a localidade de Sanxenxo converteuse nun dos reclamos máis importantes da provincia de Pontevedra ó recibir unha gran afluencia de turistas ó longo de todo o ano e, especialmente, na época estival, turismo que supón unha importante inxección económica para toda a comarca. Con todo, esta presenza masiva de turistas tamén xera problemas á hora de ordenar e controlar o tráfico nas vías urbanas, detectándose unha escaseza de prazas de aparcadoiro perante a demanda existente, situación que xera moitas incomodidades ás persoas que visitan a vila. Co obxecto de paliar esas deficiencias a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo pretenden impulsar a construción dun aparcadoiro na Avda. Luis Rocafort (estrada provincial EP-9204) así como a urbanización da zona, para o que se articulou un convenio de colaboración que foi aprobado o 29 de outubro de 2010 polo Pleno da Deputación de Pontevedra. Dadas as características e o custe estimado das obras, que ascende á cantidade de sete millóns trescentos corenta e cinco mil setecentos oitenta e dous euros, con trinta e sete céntimos (7.345.782,37 €) IVE incluído, acudirase a un contrato de concesión de obra pública tal e como aparece definido no artigo 7 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, por un período de 40 anos, asumindo o futuro concesionario a totalidade da inversión. Nas cláusulas de dito convenio establécese que a Deputación será a Administración que teña na súa integridade a condición de administración concedente ós efectos previdos na Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público, correspondéndolle integramente a xestión contractual do proxecto en toda a súa extensión. Na mesma sesión plenaria aprobouse, así mesmo, o anteproxecto técnico e o estudo de viabilidade económico-financeira, de acordo co disposto no artigo 112.6 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Sometidos a información pública o anteproxecto técnico e o estudo de viabilidade económico-financeira durante o prazo dun mes en virtude do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 214, de data 8 de novembro de 2010, non se presentaron alegacións de ningún tipo fronte ós mesmos, polo que ambos documentos enténdense aprobados definitivamente. En canto á tramitación ambiental do expediente, o 4 de novembro de 2010 o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño remite informe no que se determina que o proxecto non afecta ó dominio público marítimo-terrestre nin á súa servidume de tránsito, polo que non é necesaria ningún tipo de autorización ou concesión. Pola súa banda o 4 de marzo de 2011 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, á vista do documento ambiental remitido dende a Deputación Provincial de Pontevedra, remite resolución a través da cal se adopta a decisión de non someter o proxecto ó trámite de avaliación ambiental. Unha vez cumpridas as actuacións preparatorias do contrato de concesión de obra pública, o Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio iniciou o expediente de contratación e confeccionou o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, respectando o contido establecido no artigo 115 da Lei de Contratos do Sector Público en base ó prego de prescricións técnicas correspondente. De acordo coas consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación a adxudicación do presente contrato proponse que sexa mediante procedemento aberto harmonizado. Resultando que o 16 de marzo de 2011 o Sr. Secretario Xeral e o Sr. Interventor informan o citado proxecto de prego de condicións. Considerando que o artigo 7 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, define a concesión de obras públicas como un contrato que ten por obxecto a realización polo concesionario dalgunhas das prestacións a que se refire o artigo 6, incluídas as de restauración e reparación de construcións existentes, así como a conservación e mantemento dos elementos construídos, e no que a contraprestación a favor daquel consiste, ou ben unicamente no dereito a explotar a obra, ou ben no devandito dereito acompañado do de percibir un prezo. Considerando que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e que de acordo co disposto no artigo 14 da citada Lei o presente contrato de concesión de obra pública está suxeito á regulación harmonizada ó superar o seu valor estimado os catro millóns oitocentos corenta e cinco mil euros (4.845.000,00 euros). Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, no seu apartado 2, establece que corresponden ó Pleno as competencias como órgano de contratación respecto deste contrato de concesión de obra pública, e tendo en conta o establecido nas bases de execución do orzamento para 2011, concretamente na Base 16ª. 3ª, o Pleno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto harmonizado, do contrato de concesión de obra pública para a construción e explotación dun aparcadoiro na Avda. Luis Rocafort de Sanxenxo (estrada provincial EP-9204) e a urbanización da zona. Aínda que non se establece un tipo determinado na presente licitación que versará sobre os prezos máximos das tarifas, canon mínimo, prazo de concesión e demais extremos contidos no prego, para os efectos de tramitación do expediente e de determinación das garantías establécese un tipo polo presuposto estimado de cinco millóns douscentos trinta e un mil douscentos noventa e tres euros con cincuenta e tres céntimos (5.231.293,53 €), sen IVE. Sendo o orzamento total con IVE de sete millóns trescentos corenta e cinco mil setecentos oitenta e dous euros con trinta e sete céntimos (7.345.782,37 €), IVE engadido. 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o devandito procedemento aberto harmonizado. 3. Iniciar o prazo de presentación de proposicións para o devandito procedemento, coa publicación do anuncio no Diario Oficial da Unión Europea cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia e Estado, quedando a adxudicación condicionada á posta a disposición dos terreos de titularidade municipal que se está a tramitar. Ditos pregos son os seguintes: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONSTRUCIÓN E EXPLOTACIÓN DUN APARCADOIRO SUBTERRÁNEO E PARA A REMODELACIÓN DA RÚA LUIS ROCAFORT (CONCELLO DE SANXENXO) INDICE 1. OBXECTO 3 2. LUGAR DE EXECUCIÓN DO CONTRATO 4 3. ÁMBITO TEMPORAL DO CONTRATO 4 4. FINANCIAMENTO DAS OBRAS 4 5. RETRIBUCIÓN DO CONCESIONARIO E REVISIÓN DOS PREZOS 5 6. CANON 6 7. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN 7 8. TIPO DE LICITACIÓN 7 9.CAPACIDADE PARA CONTRATAR 8 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 9 11. MESA DE CONTRATACIÓN 15 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS 16 13. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO 16 14. REQUERIMENTO Ó LICITADOR COA OFERTA ECONÓMICA MÁIS VANTAXOSA 21 15. ADXUDICACIÓN 21 16. GARANTÍA DEFINITIVA 21 17. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO 22 18. PERFIL DO CONTRATANTE 22 19. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO 22 20. PROXECTO CONSTRUTIVO DE EXECUCIÓN DO APARCADOIRO 22 21. ACTA DE COMPROBACIÓN DO REPLANTEO 24 22. PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS 25 23. PLAN DE SEGURIDADE E SAÚDE 25 24. EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA 26 25. PROGRAMA DE TRABALLO 26 26. CONTROL DE CALIDADE 26 27. PRINCIPIO DE RISCO E VENTURA NA EXECUCIÓN DAS OBRAS 26 28. SUBCONTRATACIÓN 27 29. TERMINACIÓN DAS OBRAS. ACTA DE COMPROBACIÓN 27 30. DEVOLUCIÓN E CANCELACIÓN DA GARANTÍA DA OBRA 28 31. DEREITOS DO CONCESIONARIO 28 32. OBRIGAS DO CONCESIONARIO 29 33. DEREITOS E PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN 36 34. CADRO DE PERSOAL E OBRIGACIÓNS RELATIVAS Ó PERSOAL 37 35. CONDICIÓNS PARA A EXPLOTACIÓN DO APARCADOIRO 38 36. SEGUROS 40 37. MODIFICACIÓN DA OBRA PÚBLICA 43 38. USO E CONSERVACIÓN DOS APARCADOIROS 43 39. EQUILIBRIO ECONÓMICO DO CONTRATO 43 40. CESIÓN DA CONCESIÓN 45 41. PRAZO DE GARANTÍA 45 42. INCUMPRIMENTOS 45 43. PENALIDADES POR INCUMPRIMENTO DO CONCESIONARIO 49 44. GRADACIÓN DAS PENALIDADES 50 45. MULTAS COERCITIVAS 50 46. IMPOSICIÓN DE PENALIDADES E MULTAS COERCITIVAS 50 47. SECUESTRO DA CONCESIÓN 50 48. MODOS DE EXTINCIÓN DA CONCESIÓN 51 49. ACTA DE RECEPCIÓN FORMAL. 52 50. NATUREZA DA CONCESIÓN E RÉXIME XURÍDICO APLICABLE 53 51. RECURSO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN 54 52. XURISDICIÓN COMPETENTE 55 53. MODELO DE PROPOSICIÓN 55 ANEXO I-FÓRMULA DE VALORACIÓN 58 ANEXO II-DECLARACIÓN RESPONSABLE 60 1. OBXECTO Contratar, mediante a concesión de obra pública, a construción e explotación dun aparcadoiro subterráneo e a remodelación da Rúa Luis Rocafort no Concello de Sanxenxo. Os terreos que constitúen o obxecto da actuación teñen a consideración de bens de uso e dominio público. Número de referencia CPV: 71242000-45223310; 45233222 O contrato de concesión de obras públicas comprenderá necesariamente os seguintes aspectos: 1. A redacción dun proxecto básico e de execución da construción dun aparcadoiro soterrado para vehículos, conforme ás especificacións establecidas no prego de prescricións técnicas e administrativas, o anteproxecto de construción e explotación e demais normativa que rexa o contrato. Este proxecto incluirá, ademais do aparcadoiro, a urbanización da área superior do ámbito de actuación. Os proxectos presentaranse nos prazos establecidos neste prego e deberá aprobalos a Deputación, o adxudicatario executará as obras conforme ós proxectos básicos e de execución aceptados. 2. A execución das obras definidas nos proxectos referidos. 3. A xestión e explotación durante o prazo da concesión do servizo de aparcadoiro soterrado de acordo co previsto no prego, no contrato e demais normativa aplicable. 4. A conservación e mantemento das instalacións do aparcadoiro durante o prazo de vixencia da concesión. 5. A conservación das obras e instalacións e a súa adecuación, reforma e modernización para adaptalas ás características técnicas e funcionais requiridas para prestar correctamente os servizos ou para realizar as actividades económicas ás que aquelas serven de soporte material. 6. As actuacións de reposición, reparación e gran reparación esixibles en relación cos elementos que debe reunir a obra do aparcadoiro para manterse apta co fin de que os servizos e actividades ós que aquelas serven poidan desenvolverse adecuadamente. 7. Igualmente entenderase comprendido dentro do contrato o proxecto, a execución, conservación, reposición e reparación daquelas outras que sexan accesorias ou estean vinculadas coas anteriores e sexan necesarias para que estas cumpran a finalidade que determina a súa construción e que permitan o seu mellor funcionamento e explotación, así como as actuacións ambientais relacionadas con estas. 2. LUGAR DE EXECUCIÓN DO CONTRATO As obras realizaranse na parcela e vías públicas que se identifican no prego de prescricións técnicas e no anteproxecto, que manterán en todo caso o seu carácter de dominio público. 3. ÁMBITO TEMPORAL DO CONTRATO 1. O adxudicatario deberá presentar o proxecto construtivo de execución ante a Deputación no prazo máximo de 40 DÍAS NATURAIS, que se contarán dende o día seguinte ó que se formalice o contrato. 2. O prazo máximo para a execución das obras será de DOCE (12) MESES dende a data da acta de comprobación do replanteo. 3. O presente contrato de concesión de obra pública outorgarase por un prazo máximo de CORENTA (40) ANOS, que se contarán a partir da formalización do presente contrato. 4. Os concursantes poderán ofertar prazos de explotación por un período inferior ó precedente. 5. Con catro anos de antelación ó termo da concesión esta será intervida tecnicamente na forma establecida no artigo 131 do Regulamento de servizos das corporacións locais. 6. A concesión de obra pública e todas as relacións contractuais ou de calquera tipo que dela se deriven ou estean vinculados a esta entenderanse extinguidas por cumprimento cando transcorra o prazo establecido. 7. O concesionario quedará obrigado a entregarlle á Deputación as obras incluídas na concesión así como os bens e instalacións necesarios para a súa explotación en perfecto estado de conservación, funcionamento e uso, libres de todo tipo de carga ou gravame; todo isto deberá quedar reflectido na acta de recepción. 8. Finalizado o prazo de vixencia extinguiranse todos os dereitos que se concedesen. 4. FINANCIAMENTO DAS OBRAS A construción e explotación dos aparcadoiros efectuarase a risco e ventura do concesionario, o cal asumirá os riscos económicos derivados da súa execución e explotación nos termos e co alcance establecidos nestes pregos e na Lei de Contratos do sector público. O adxudicatario asumirá o financiamento da totalidade das obras así como das modificacións e desviacións que se introduzan para a conexión cos servizos existentes como consecuencia daquelas. Serán tamén a cargo do adxudicatario os gastos que se orixinen por realizar os traballos previos necesarios antes de iniciar as obras ou polo aumento de unidades de obra. A Deputación non participará no financiamento do servizo nin lle asegurará ó concesionario unha recadación ou rendementos mínimos e tampouco avalará en ningún caso os empréstitos e operacións de crédito que poida concertar o adxudicatario para financiar a explotación das obras. Os concursantes xustificarán a forma de financiamento ó que proxectan recorrer e o concesionario deberá garantir as operacións de financiamento complementarias se, eventualmente, fosen precisas por unha elevación dos custos. Todos os gastos de formalización da concesión serán por conta da empresa concesionaria. O concesionario poderá recorrer ó financiamento privado para facer fronte ás súas obrigas contractuais nos termos e condicións establecidos no art. 253 e seguintes do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. Ademais, o concesionario poderá obter o financiamento mediante a contratación de préstamos ou créditos con entidades de crédito de acordo co ordenamento xurídico vixente. Estes contratos deberán comunicárselle á Deputación no prazo dun mes dende a súa subscrición. Así mesmo, o concesionario poderá recorrer a outros medios de financiamento privado logo de que o autorice a Deputación. 5. RETRIBUCIÓN DO CONCESIONARIO E REVISIÓN DOS PREZOS 1. O concesionario retribuirase directamente mediante os ingresos que obteña de aplicar as tarifas que aboen os usuarios, as cales aprobará e autorizará a Deputación. 2. O órgano de contratación fixará as tarifas no acordo de adxudicación da concesión. Terán carácter limitativo aínda que o concesionario poderá aplicar tarifas que non superen os límites cando o estime conveniente. 3. Os licitadores proporán as tarifas nas súas ofertas distinguindo as seguintes modalidades: a) Cesión temporal por todo o período da concesión. b) Cota mensual por gastos de conservación, mantemento e explotación ós usuarios das prazas en réxime de cesión temporal por todo o período da concesión. c) Aboamento mensual 24 de horas (só temporada de inverno). d) Aboamento mensual diúrno que comprende entre as 9:00 horas e as 22:00 horas, ata un máximo dun ano. e) Tarifas de rotación durante o verán (entre xuño e finais de setembro, así como os nove días de Semana Santa ou equivalente), no horario diúrno (9:00 a 22:00 horas, facendo un total de 13 horas) e no horario nocturno (22:00 a 9:00 horas, facendo un total de 11 horas). f) Tarifas de rotación durante o inverno (que comprende un período de oito meses durante o resto do ano), no horario diúrno (8:00 a 21:00 horas, facendo un total de 13 horas) e no horario nocturno (21:00 a 8:00 horas, facendo un total de 11 horas). Nas tarifas de rotación horaria deberá incluírse necesariamente a tarificación por minutos ou a fracción de minuto (tempo real) así como a tarifa de 30 e 60 minutos. 4. As tarifas definidas na oferta polo concesionario e aprobadas pola Deputación poderán incrementarse na mesma proporción que o IPC interanual da Administración do Estado dos doce meses anteriores, computándose de agosto a agosto. Estas actualizacións levaranse a cabo a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte á primeira anualidade completa dende a posta en servizo do aparcadoiro e, a partir de entón, o 1 de xaneiro de cada ano sucesivo. 5. En todo caso o aumento das tarifas ten que ser aprobado de modo expreso pola Deputación e, en ningún caso, non poderá superar o 85 % de variación experimentada polo IPC anual, calculado da forma exposta no anterior parágrafo. 6. O concesionario deberá solicitarlle á Administración de modo expreso antes do 15 de setembro de cada ano a súa solicitude de suba de tarifas para a súa aprobación, do contrario entenderase que desiste da suba de tarifas para o ano seguinte. En caso de que non solicite a suba de tarifas ese IPC anual non se computará para a suba dos sucesivos períodos de anos. É dicir, renuncia a que compute ese ano para os efectos de futuras subas. 7. Se por imperativo legal, por sentencia xudicial ou por acordo da corporación por razóns de interese público debe modificarse a estrutura das tarifas esta modificación requirirá, en todo caso, que a aprobe esta Administración e non haberá dereito ó aumento das tarifas. 8. Conforme co art. 115.1 c) 4 da LCSP o Plan económico-financeiro da concesión establecerá a incidencia nas tarifas, nas previsións de amortización, no prazo concesional e noutras variables da concesión previstas no prego dos rendementos da demanda de utilización da obra que se consideren na oferta. 9. Non se establece revisión de prezos do servizo durante a execución das obras, ó ser o prazo de execución das mesmas inferior a un ano. 6. CANON O concesionario deberá aboarlle á Deputación un canon anual. Cada licitador proporá este canon na oferta económica, fundado no seu plan económico-financeiro, sen que poida ser inferior a doce euros (12 euros) por praza de aparcadoiro. Tendo en conta que o número de prazas será de 372, o canon anual mínimo que debe satisfacer á Administración será de CATRO MIL CATROCENTOS SESENTA E CATRO EUROS/ANUAIS, (4.464€/anuais). O canon revisarase anualmente de acordo co IPC interanual da Administración do Estado dos doce meses anteriores, computándose de agosto a agosto. Esta actualización levarase a cabo a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte ó que se asinase o contrato. O pagamento do canon comezarase a realizar a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte á firma do contrato e farase na primeira quincena de cada trimestre vencido, a excepción do ano correspondente á sinatura do contrato, que se estará ó disposto no parágrafo seguinte. O canon correspondente ó ano da sinatura do contrato pagarase dunha soa vez no prazo de quince días dende a súa sinatura e a contía será o equivalente ó importe anual do canon rateándose polos meses que quedan ata que remate o ano actual. En caso de non pagalo este esixirase conforme se establece para multas e penalidades no presente prego. Para pagar non requirirá a previa intimación da Administración. 7. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN A adxudicación do contrato de concesión de obra pública realizarase mediante a tramitación dun procedemento aberto, que a forma ordinaria, tal como o establece o artigo 122 da LCSP, e aplicando diversos criterios de adxudicación. Neste procedemento, todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato polos licitadores. Este contrato esta suxeito a regulación harmonizada. 8. TIPO DE LICITACIÓN Non se establece un tipo determinado na presente licitación, que versa sobre os prezos máximos das tarifas, o canon mínimo, o prazo de concesión e demais extremos contidos neste prego. As tarifas máximas son as que se establecen a continuación: IMPORTE SEN IVE PREZOS DA CESIÓN 16.724 € TARIFAS DE ROTACIÓN Tarifas de inverno Horario diúrno Horario nocturno Tempo Importe sen IVE Importe sen IVE Minuto ou fracción de minuto (tempo real) 0,0212 € 0,0212 € 30 minutos 0,636 € 0,636 € 60 minutos 1,272 € 1,272 € Tarifas de verán Horario diúrno Horario nocturno Tempo Importe sen IVE Importe sen IVE Minuto ou fracción de minuto (tempo real) 0,0275 € 0,0275 € 30 minutos 0,825 € 0,825 € 60 minutos 1,65 € 1,65 € TARIFAS DE ABOAMENTO Mensual (só temporada de inverno) Importe sen IVE Tarifa de aboamentos 24 horas 69,00 € Tarifa de aboamentos diúrnos 60,30 € Para os efectos de tramitación do expediente e da determinación das garantías establécese un tipo polo presuposto estimado de CINCO MILLÓNS DOUSCENTOS TRINTA E UN MIL DOUSCENTOS NOVENTA E TRES EUROS CON CINCUENTA E TRES CÉNTIMOS (5.231.293,53 €), sen IVE. O orzamento total con IVE é de sete millóns trescentos corenta e cinco mil setecentos oitenta e dous euros con trinta e sete céntimos (7.345.782,37 €), IVE engadido. 9. CAPACIDADE PARA CONTRATAR De acordo coa LCSP poderán contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar, non se atopen comprendidas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 49 da LCSP e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional nos termos indicados neste prego. Os licitadores deberán ser persoas físicas ou xurídicas cuxa actividade e obxecto social teña relación directa coa finalidade do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais e dispoñan dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para executar debidamente o contrato. Segundo o previsto no art. 47 da LCSP respecto das empresas comunitarias, estas terán capacidade para contratar se, conforme á lexislación do Estado europeo no que estean establecidas, están habilitadas para realizar a prestación obxecto do contrato licitado e sempre que acrediten contar coa autorización especial que, de ser o caso, esixa a lexislación do devandito Estado para poder prestar nel o servizo obxecto do contrato. As restantes empresas estranxeiras deberán acreditar a súa capacidade de obrar mediante un informe expedido pola Misión Diplomática Permanente ou a Oficina Consular de España do lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, logo de que o acredite a empresa, que figuran inscritas no Rexistro local profesional, comercial ou análogo ou, na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato, así como o informe de reciprocidade ó que se refire o artigo 44 da LCSP. En ningún caso poderán concorrer á licitación aquelas empresas que participasen na elaboración das especificacións técnicas ou dos documentos preparatorios do contrato, sempre que esa participación poida provocar restricións á libre concorrencia ou supor un trato privilexiado con respecto ás demais empresas licitadoras. A presentación de ofertas suporá por parte dos licitadores o estudo da natureza dos traballos que se van realizar, dos medios persoais e materiais que se van empregar, así como a adecuada ponderación dos riscos, imprevistos e demais circunstancias que puidesen afectar a súa oferta. Poderán, así mesmo, presentar proposicións as unións de empresarios que se constitúan temporalmente (UTES) para o efecto, conforme o art. 48 da LCSP. Se varias empresas acudisen á licitación constituíndo unha unión temporal quedarán obrigadas solidariamente e cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que a subscriban, a participación de cada unha delas, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal no caso de que resultasen finalmente adxudicatarias do contrato. Así mesmo, deberán nomear un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que se deriven do contrato ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar as empresas para cobros e pagamentos de contía significativa. Os que concorran individual ou conxuntamente con outros á licitación da concesión de obras públicas poderán facelo co compromiso de constituír unha sociedade que será a titular da concesión. A constitución e, se é o caso, a forma da sociedade deberán axustarse ó que estableza a correspondente lexislación específica (art. 115 da LCSP). 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Pazo Provincial, cun horario de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 horas a 19:00 horas e os sábados de 9:00 a 13:00 horas, ou na sede de Vigo, cun horario de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas) durante un prazo de cincuenta e dous días naturais (artigo 143 da LCSP) a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas, o cal se especificará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas coincidise en festivo prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 80 do RD 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986 804 126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 10.2. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador CIF Enderezo e teléfono de contacto Enderezo de correo electrónico Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para contratar a CONSTRUCIÓN E EXPLOTACIÓN DUN APARCADOIRO SUBTERRÁNEO E PARA A REMODELACIÓN DA RÚA LUIS ROCAFORT. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que sexan persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, de ser o caso, inscrita no rexistro mercantil, cando este requisito fose exixible conforme a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o for, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, os estatutos ou o acto fundacional nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RGLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou da Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, logo de que o acredite a empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou, na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante un informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/201, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RGLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (documento nacional de identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, de ser o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (documento nacional de identidade, para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, un PODER BASTANTE EN DEREITO Ó SEU FAVOR, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á sinatura de contratos coas administracións públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que durante a vixencia do contrato ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Para as empresas estranxeiras, unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle ó licitante. 3. Enderezo de correo electrónico no que efectuar as comunicacións ou notificacións. 4. Declaración responsable (segundo o modelo que está no anexo II), que deberá subscribir a persoa que asine a proposición, de ter plena capacidade de obrar e de non estar incurso en prohibición de contratar, conforme o que se dispón no artigo 49 da LCSP. Esta declaración comprenderá expresamente a circunstancia de estar ó corrente no cumprimento dos deberes tributarios fronte ó Estado e á Comunidade Autónoma de Galicia, no pagamento do imposto de actividades económicas (IAE), no cumprimento dos deberes da Seguridade Social e de non ter débedas de natureza tributaria coa Deputación de Pontevedra. Sen prexuízo do deber de presentar a declaración responsable a que se refire o apartado anterior o órgano de contratación requiriralle a xustificación acreditativa das circunstancias de atoparse ó corrente dos deberes tributarios e da Seguridade Social ó licitador que presente a oferta máis vantaxosa. Para isto terá un prazo máximo de 10 días hábiles, que se contarán dende o seguinte ó que recibise o requirimento (cinco días hábiles no caso de tramitación urxente do expediente). 5. Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica polos seguintes medios: -As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en rexistros oficiais poderán presentar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. -Unha declaración firmada sobre o volume global de negocios e referidos ós tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou inicio de actividades do empresario. Considérase solvente o licitador que declare unha cifra de negocios superior a 15 millóns de euros anuais de media nos últimos tres exercicios. 6. Os interesados deberán acreditar a súa solvencia técnica ou profesional, conforme o artigo 66 da LCSP, polos seguintes medios: Unha relación asinada (necesariamente, segundo o cadro-modelo que figura a continuación) dos principais traballos realizados nos últimos cinco (5) anos que inclúa o importe, as datas e os destinatarios públicos ou persoais deles. Relación de traballos executados nos cinco últimos anos Denominación e obxecto concreto Importe Data de inicio e final (día/mes/ano) Lugar de execución Beneficiario Considerarase solvente a empresa que acredite a realización dun contrato de concesión de obra pública de contía similar á do obxecto do contrato. 7. O licitador deberá indicar, no caso de que subcontrate a realización da obra, o nome da empresa encargada e sinalará as súas condicións de solvencia profesional ou técnica, facendo especial referencia á clasificación empresarial que posúe. 8. Deberá acreditar estar en posesión dos seguintes certificados: -Certificado do sistema de xestión da calidade conforme á norma UNEEN-ISO 9001: 2008 -Certificado do sistema de xestión medioambiental conforme á norma UNE-EN-ISO 14001: 2004 9. Compromiso de adscrición á execución do contrato de medios persoais e materiais. Ademais de acreditar a súa solvencia polos medios indicados no apartado anterior todos os licitadores presentarán un compromiso de adscribir á execución do contrato os medios persoais que se especifican ulteriormente. En relación cos medios persoais, o citado compromiso implica a adscrición á execución do contrato e da súa garantía dun equipo mínimo de proxecto formado por persoas que atendan ós perfís que se relacionan seguidamente, que o adxudicatario poderá aumentar na execución do contrato para cumprir os acordos de nivel de servizo establecidos. Cada compoñente do equipo de traballo deberá dispoñer da cualificación mínima expresada para o perfil para o que se presenta. Deberá referirse ó perfil profesional e á titulación do seguinte equipo: Redacción do proxecto de construción: - Xefe/s do proxecto - Autor/es do proxecto Construción: - Director de obras - Xefe/s de construción - Técnicos de produción, instalacións, etc. - Encargados de obra - Iluminación e sinalización - Coordinador de seguridade e saúde laboral Explotación do servizo: - Persoal que se encargará da explotación do servizo A Administración esixirá o persoal relacionado anteriormente coa dedicación, perfil profesional e titulación propostos. Igualmente, o licitador presentará unha proposta para o resto do persoal técnico que considere indispensable para executar o obxecto do contrato, definindo o perfil profesional, a titulación e a dedicación. En ambos os casos manteranse estas características no caso de resultar adxudicatario. 10. Así mesmo, achegará unha declaración na que indique os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución do contrato. SOBRE B: documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Documentación técnica para o procedemento aberto para contratar a CONSTRUCIÓN E EXPLOTACIÓN DUN APARCADOIRO SUBTERRÁNEO E PARA A REMODELACIÓN DA RÚA LUIS ROCAFORT. Presentarase pechado e cos seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selada polo representante legal da empresa. 2. A relación de promotores da futura sociedade concesionaria, no suposto de que estivera prevista a súa constitución, e as súas características xurídicas e económicas. 3. O proxecto básico da construción que se vai realizar con alzados, seccións e andares que definan a totalidade da obra arquitectónica, así como o detalle preciso dos procedementos construtivos que se van empregar, a ordenación de saídas e entradas ó aparcadoiro e a súa repercusión nas inmediacións. Deberá incluírse o tratamento ambiental do proxecto. 4. A memoria e o plan de realización das obras no que se indique as datas previstas para o inicio, a terminación e a apertura ó uso como aparcadoiro, e co seguinte contido: a. A memoria descritiva, os planos e o cronograma da realización dos traballos. b. O programa de execución de obra e prazos: neste caso o licitador presentará un programa igualmente documentado coas debidas xustificacións de que o prazo ofrecido se pode cumprir razoablemente sen menoscabar a calidade na execución da obra. En ningún caso pode superar o prazo de execución disposto neste prego. c. A relación de equipos, maquinaria e medios auxiliares que a empresa se compromete a poñer a disposición da obra para realizar os distintos traballos e compromisos de mantelos ou incorporalos nesta sempre que os requira a dirección facultativa. Os medios relacionados deberán ser suficientes para o desenvolvemento normal e a terminación da obra nas condicións e prazos ofrecidos. Esta relación terá carácter vinculante para o adxudicatario. d. O programa debidamente xustificado de control interno de calidade que vaia desenvolver a empresa durante a execución das obras. e. Memoria de seguridade e saúde. f. O plan de traballo debidamente xustificado que orixine as menores molestias ós veciños da zona e á circulación de vehículos. 5. O plan económico-financeiro da concesión elaborado de acordo coas normas específicas de adaptación ó sector do Plan xeral contable, que incluirá, entre os aspectos que lle son propios, o sistema de tarifas con descomposición dos seus elementos integrantes, o investimento e os custos de explotación e obrigacións de pagamento e os gastos financeiros, directos e indirectos estimados, así como a taxa interna de retorno do proxecto de investimento, a conta de perdas e ganancias durante o período concesional, balances de situación e fluxos de tesourería durante a concesión. Deberá ser obxecto de consideración específica a incidencia dos rendementos mínimo e máximo da demanda de utilización da obra nas tarifas, nas previsións de amortización, no prazo concesional proposto e en calquera outra variable da concesión. Deberá xustificarse a amortización do investimento proposta e polo tanto o prazo de amortización da concesión. 6. A memoria detallada que contemple a totalidade dos elementos ou factores da xestión do aparcadoiro, como vixilancia, horarios, persoal, etc. 7. O compromiso de adoptar o modelo de contabilidade que se establece neste prego. 8. A análise da explotación. Toda a documentación relativa a este sobre, excepto o proxecto básico, deberá presentarse en formato A4 e cun límite máximo de 100 follas. SOBRE C: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas coa seguinte inscrición: Proposición económica para o procedemento aberto para contratar a CONSTRUCIÓN E EXPLOTACIÓN DUN APARCADOIRO SUBTERRÁNEO E PARA A REMODELACIÓN DA RÚA LUIS ROCAFORT. Presentarase pechado e co seguinte documento: O modelo de proposición, segundo o que se determina na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado e cos seguintes datos: O prazo de execución das obras, o número de prazas do aparcadoiro, o canon anual, a redacción da concesión, as tarifas e a redución do prazo da concesión. A omisión dalgún dos datos requiridos no modelo de proposición dará lugar á exclusión do procedemento. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: - O titular da corporación ou membro en quen delegue Vogais:O secretario xeral - O interventor - O director de Infraestruturas Secretario:- O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e cualificarase a documentación xeral que achegaran os licitadores no sobre A. No caso de que se precise emendar erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2 a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de tres días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a Mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, nun acto público, sinalará as que cualificase como inadmitidas e admitidas, e abrirá o sobre B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalarase no perfil do contratante da Deputación a data e a hora na que se abrirá, nun acto público, o sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e abriranse os sobres C daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 13. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Para valorar as proposicións e determinar a oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 13.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (SOBRE B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, conforme ós seguintes criterios: 1) Características do proxecto e execución da obra, ata 20 puntos. Valorarase segundo os seguintes criterios: -Memoria construtiva e programa de traballo. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo no que se realizará a obra; deberase explicar a metodoloxía que se vai empregar na súa execución así como as provisións e os medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais; debe existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica que oferte o licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e a súa execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto ocasionará a exclusión da oferta no proceso de licitación. -Memoria de seguridade e saúde. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde e definiranse as actuacións preventivas que se van desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e sistema de xestión da prevención que se vai desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, o sistema de xestión da prevención de riscos laborais que se vai aplicar na obra; deberanse especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de coordinación de actividades empresariais, así como a maneira na que se vai informar dos riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra que vai presentar cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos que hai que considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade que se van desenvolver na obra (anexo II. RD 1627/97). Neste apartado desenvolveranse, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade que se van executar na obra así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e o control permanente en obra dos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, a cualificación e a experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003, de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinestralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinestralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares que se van utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis as revisións e os mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI. Presentarase a proposta de como realizar a formación dos traballadores na obra así como de informalos dos riscos ós que se someten nela. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización e mantemento e sobre os riscos dos que o protexen e definirase como se verificará a súa utilización por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas que se van empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias para utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. -Tecnoloxía e I+D+I Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para executar o contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías que o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación se poida documentar debidamente. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. -Programa de actuacións medioambientais. Para este programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos que se van utilizar na obra, incluíndo os certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realiza nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación acústica, atmosférica, do chan ou por verteduras; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación do impacto sobre a fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. -Calidade das estruturas e material empregado na construción do aparcadoiro. -Mellora nas dimensións do tamaño das prazas, dársenas e rúas interiores do aparcadoiro. -Redución no prazo de execución da obra. 2) Mellor sistema de xestión do aparcadoiro, ata 20 puntos. Valoraranse outras melloras que se ofrezan no uso e na prestación do servizo. Valoraranse especialmente as melloras que supoñan a incorporación ó sistema de explotación de mecanismos técnicos avanzados de control, vixilancia, acceso e/ou cobro e que permitan unha xestión remota e integrada dos aparcadoiros mediante sistemas informáticos ou telemáticos centralizados, sempre que se lle garanta unha asistencia persoal mínima ó usuario e unha capacidade de resposta técnica ante imprevistos en prazos de tempo razoables que en ningún caso deberán exceder os 15 minutos. Igualmente serán valoradas positivamente as propostas orientadas a mellorar a mobilidade no ámbito xeográfico de afección do aparcadoiro. Estas medidas propostas, en caso de resultar adxudicatarias, deberán ser coordinadas e supervisadas, en todo caso, pola área de mobilidade e tráfico do Concello. En todo caso estas melloras deberán estar perfectamente descritas na memoria e xustificadas dende o punto de vista do investimento que se vai realizar, de forma que supoñan unha optimización real de recursos e non unha diminución na calidade do servizo nin no cumprimento de normas de todo tipo, obrigatorias para o adxudicatario. 3) Características e mellor adaptación ó medio, ata 10 puntos. -Valorarase a idoneidade, funcionalidade e calidade estéticas. -Mellora na ordenación e urbanización dos vieiros exteriores, así como a súa integración co medio físico actual. -Programa de redución de molestias e compatibilidade con outras actividades da cidade. O responsable do contrato decidirá sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder varialas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida supoñer un custo para a Administración. 13.2. Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (SOBRE C) Nota importante: só se abrirán e valorarán as propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos conforme os seguintes criterios: 1. Minoración das tarifas das prazas de rotación horaria ou fracción, ata un máximo de 15 puntos 2. Minoración dos prezos para prazas destinada a cesión temporal de uso, ata un máximo de 15 puntos 3. Canon que vai percibir a Deputación, ata un máximo de 10 puntos. 4. Menor duración do tempo da concesión, ata un máximo de 10 puntos. Os puntos 1, 2 e 4 valoraranse aplicando a fórmula establecida no anexo I. Para o cálculo das tarifas de rotación do punto primeiro, clasifícanse estas en tarifas de inverno (diúrno/nocturno), de verán (diúrno/nocturno) e tarifas de aboamento, calculando a media aritmética de cada sección e aplicando o resultado á fórmula do anexo I, que ponderará as tarifas segundo o seguinte cadro: Tarifas de invierno Horario diurno Horario nocturno Total 4 puntos 3 puntos 1 punto Tarifas de verán Horario diurno Horario nocturno Total 8 puntos 5 puntos 3 puntos Tarifas de aboamento 3 puntos No criterio número 3 aplicarase a seguinte fórmula: (Canon ofertado x 15)/canon máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). 14. REQUIRIMENTO Ó LICITADOR COA OFERTA ECONÓMICA MÁIS VANTAXOSA O órgano de contratación clasificará, por orde decrecente, as proposicións presentadas e que non fosen declaradas desproporcionadas ou anormais. Para realizar esta clasificación atenderá ós criterios de adxudicación sinalados neste prego, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinentes. O órgano de contratación requiriralle ó licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa que, dentro do prazo de dez días hábiles, que se contarán dende o seguinte ó que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de ter constituída a garantía definitiva fixada neste prego. No caso de non se cumprir axeitadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta; nese caso solicitaráselle a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde na que quedasen clasificadas as ofertas. 15. ADXUDICACIÓN O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación solicitada polo órgano de contratación ó licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa. A adxudicación será motivada, notificaráselles ós candidatos ou licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante. 16. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do presuposto de execución das obras, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles, contados dende o seguinte á recepción do requirimento efectuado polo órgano de contratación á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa. A adxudicación será motivada, notificaráselles ós candidatos ou licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta. A garantía definitiva deberá ingresarse exclusivamente na Caixa da Deputación. Atendidas as especiais características e a duración do contrato de concesión de obras públicas, unha vez executada a obra e transcorrido o prazo de garantía dun ano, poderase reducir a garantía a un importe do 2% do valor estimado do contrato de explotación do aparcadoiro, conforme o previsto no artigo 83.4 LCSP. 17. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista non poderán formalizar o contrato antes de que transcorran quince días hábiles dende que se lles remita a notificación da adxudicación ós licitadores, ó ser o contrato susceptible de recurso especial de contratación. O documento é título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 18. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 19. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO O adxudicatario quedará obrigado a pagar os gastos de publicidade da licitación, que se estima na cantidade de 1500 euros, e calquera outro que xere a tramitación do expediente. 20. PROXECTO CONSTRUTIVO DE EXECUCIÓN DO APARCADOIRO 1. O adxudicatario deberá presentar o proxecto construtivo de execución ante a Deputación no prazo máximo de 40 DÍAS naturais, que se contarán dende o día seguinte ó que se formalice o contrato. O proxecto deberá adecuarse ó PERI da unidade de actuación onde se localiza o proxecto de urbanización da unidade de actuación, o anteproxecto, o proxecto básico presentado polo adxudicatario, o presente prego e o prego de prescricións técnicas. O proxecto deberá conter, polo menos, os documentos ós que se refire o art. 107 da LCSP e os que no desenvolvemento da citada disposición sinala o art. 125 e seguintes do Regulamento de contratación das administracións públicas. 2. Durante a redacción do proxecto o contratista presentaralles avances ós servizos técnicos, que os revisarán e poderán facer as observacións que estimen oportunas e que o contratista deberá ter en conta. 3. Antes de aprobar o proxecto os técnicos provinciais supervisarano. 4. Cando se presente o proxecto de execución deberá presentarse a autoliquidación do imposto de construción, instalacións e obras, licenza de obra, así como as demais taxas pertinentes para a execución do contrato. O adxudicatario asumirá o custo destes tributos municipais. 5. O adxudicatario deberá pagar todos os anuncios que se teñan que realizar para poder outorgar as licenzas, así como os gastos dos trámites necesarios para obter as ditas autorizacións. 6. Se a Deputación, no proxecto de execución recibido, observase defectos, insuficiencias técnicas, erros materiais, incoherencias presupostarias, omisións, desaxustes respecto ós documentos ós que se refire o apartado 1 desta cláusula, ou infraccións normativas, devolverallo ó adxudicatario para que emende os extremos correspondentes no prazo máximo de quince días. Así mesmo a Deputación poderá esixir determinadas correccións no proxecto, sempre e cando respecten os documentos ós que se refire o apartado 1 desta cláusula, sen que iso implique modificacións do prezo ou alteracións do proxecto de licitación ofertado; para isto terá un novo prazo de 15 días para emendar as obxeccións. De non facelo no citado prazo procederase á imposición de penalidades e á resolución do contrato de acordo co disposto neste prego. Se fai as modificacións pero non se axustan ó disposto e ó requirido pola Deputación esta determinará a imposición de penalidades e a resolución do contrato de acordo co previsto neste prego. 7. O contratista deberá modificar o proxecto de execución cando así o requira o Deputación, de acordo co previsto neste prego, ou cando o requira calquera administración diferente á promotora para poder realizar a obra do aparcadoiro ou para poder poñela en marcha. Dende o requirimento disporá de 15 días para emendar, corrixir ou modificar o proxecto. De non facelo no citado prazo procederase á imposición de penalidades e á resolución do contrato de acordo co disposto neste prego. Se fai as modificacións pero non se axustan ó disposto ou requirido por calquera das administracións determinará a imposición de penalidades e a resolución do contrato de acordo co previsto neste prego. 8. O proxecto básico presentado polo licitador deberá modificarse sempre e cando o requira calquera administración pública cando sexa necesario para obter a dita autorización que lle corresponda expedir, e sen que se poida construír ou poñer en funcionamento o aparcadoiro municipal. Deberá modificalo no prazo de 15 días, que se contarán dende o día seguinte ó que se lle requira. De non facelo no citado prazo procederase á imposición de penalidades e á resolución do contrato segundo proceda. Se fai as modificacións pero non se axustan ó disposto e ó requirido por calquera das administracións determinará a imposición de penalidades e a resolución do contrato conforme o disposto no prego. 9. O órgano de contratación levará a cabo a aprobación do proxecto. 10. Unha vez outorgada a autorización á que fixo referencia o parágrafo anterior realizarase a acta de replanteo do proxecto de acordo co disposto no artigo 110 da LCSP. 11. O adxudicatario será responsable do contido técnico do proxecto construtivo e asumirá a responsabilidade do resultado final da execución das obras. 12. O adxudicatario está obrigado igualmente a obter á súa costa as autorizacións sectoriais precisas para executar e poñer en funcionamento o aparcadoiro soterrado. 21. ACTA DE COMPROBACIÓN DO REPLANTEO 1. No prazo máximo de quince (15) días naturais dende a notificación da aprobación e autorización do proxecto construtivo de execución, comprobarase o replanteo do proxecto de construción aprobado e autorizado pola Administración, en presenza do contratista; redactarase unha acta do resultado que asinarán a Administración e o contratista. 2. A acta de comprobación do replanteo do proxecto de construción deberá asinarse, seguindo as instrucións da Administración, na data inmediatamente anterior ó momento de inicio da construción, e estenderase a acta do resultado da dita comprobación asinada por ambas as partes interesadas. 3. A acta de comprobación do replanteo reflectirá a conformidade ou desconformidade do replanteo respecto ós documentos do proxecto de construción, con especial referencia ás características xeométricas da obra, á procedencia dos materiais, á ocupación dos terreos necesarios, á existencia de servizos afectados e a calquera punto que poida influír no cumprimento do contrato. 4. Se o concesionario non acudise, por causa imputable a el, ó acto de comprobación do replanteo das obras, a súa ausencia considerarase como incumprimento do contrato e será causa de resolución do contrato por causa imputable ó contratista. 5. Cando o resultado da comprobación do replanteo demostre a posesión e posta a disposición real dos terreos e a viabilidade do proxecto correspondente, a xuízo do director de obra, e sen reserva por parte do concesionario, daráselle a aquel a autorización para iniciar as obras, facendo constar este extremo explicitamente na acta estendida, de cuxa autorización quedará notificado o contratista polo feito de subscribila. 6. No caso de que o concesionario, sen formular reservas sobre a viabilidade do proxecto, fixera outras observacións que poidan afectar á execución da obra en cuestión, o director da obra decidirá iniciar ou demorar o comezo das obras, unha vez consideradas tales observacións e xustificándoo na propia acta. 7. En todo caso antes de comezar as obras requirirase a previa presentación do programa de traballo e do plan de seguridade e saúde. 8. Se o concesionario formulara observacións que puidesen afectar á execución do proxecto, e malia isto o director de obra decidise inicialas, o concesionario estará obrigado a inicialas sen prexuízo de facer valer os seus dereitos na vía procedemental correspondente. 9. A acta de comprobación de replanteo realizarase por triplicado, asinada por ambas as partes, e remitiráselle un exemplar ó Servizo de Contratación da Administración contratante. 22. PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS O prazo de execución das obras será o ofertado polo concesionario e non excederá de DOCE (12) MESES dende a data da acta de comprobación do replanteo, así como os prazos parciais que se determinen no programa de traballo. 23. PLAN DE SEGURIDADE E SAÚDE 1. O adxudicatario deberá poñerse en contacto coa empresa Atenea, Seguridad y Medio Ambiente, S. A. (A82876905), encargada do control de seguridade e saúde das obras de Deputación Provincial, con enderezo na rúa Médico Ballina 73, 36756 Pontevedra, e teléfono 986 873 176. 2. Posteriormente deberá presentar o Plan de seguridade e saúde no traballo, para que o aprobe a Presidencia, dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación da aprobación do proxecto de execución. 3. O contratista estará obrigado a avisar o comezo das obras ás que se refire o artigo 18 do R. d. 1627/1997 á autoridade laboral competente. Este aviso deberá redactarse de acordo co disposto no anexo III do mencionado real decreto. 4. Se o adxudicatario, sen causa xustificada, non presentase o plan de seguridade e saúde, ou o presentase sen o informe favorable do coordinador de seguridade e saúde, considerarase como incumprimento do contrato e causa de resolución do contrato por causa imputable ó contratista. 5. Se se observasen defectos, erros ou omisións requirirase ó adxudicatario para que os emende. Dende o requirimento disporá de 15 días para emendar, corrixir ou modificar os defectos. De non facelo no citado prazo procederase á imposición de penalidades ou á resolución do contrato. Se fai as modificacións pero non se axustan ó disposto e ó requirido pola entidade local determinará a imposición de penalidades ou a resolución do contrato segundo proceda de acordo co previsto neste prego. 24. EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA 1. As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas no presente prego e ós proxectos que serven de base ó contrato e conforme as instrucións que na interpretación técnica deste dese o contratista, o director das obras e, no seu caso, o supervisor do proxecto. Cando as ditas instrucións fosen de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve prazo posible para que sexan vinculantes para as partes. 2. De conformidade co artigo 225 da LCSP, a execución da obra será a risco e ventura do concesionario, facéndose cargo do custo de calquera estudo arqueolóxico, paisaxístico, …etc., que puidese ser necesario para continuar coa execución da obra. 3. Durante o desenvolvemento das obras e ata que se cumpra o prazo de garantía, o contratista é responsable dos danos que poidan advertirse na construción, sen prexuízo da responsabilidade por vicios ocultos ós que se refire o art. 219 da LCSP. 25. PROGRAMA DE TRABALLO No prazo máximo dos quince días naturais seguintes ó da notificación da aprobación do proxecto de execución o contratista presentará o programa de traballo nos termos establecidos no art. 144.3 do R. D. 1098/2001, do 12 de outubro. 26. CONTROL DE CALIDADE A supervisión da obra pode ordenar que se verifiquen os ensaios e a análise de materiais e unidades de obra e que se soliciten os informes específicos que en cada caso resulten pertinentes. Os gastos que se orixinen serán por conta do contratista ata o importe máximo ofertado sobre o importe do presuposto de execución material. 27. PRINCIPIO DE RISCO E VENTURA NA EXECUCIÓN DAS OBRAS 1. As obras construiranse a risco e ventura do concesionario, de acordo co disposto nos artigos 199 e 225, sen prexuízo do previsto no artigo 214 da LCSP. 2. Non se terán en conta a efectos do cómputo do prazo de duración da concesión e do establecido para a execución da obra aqueles períodos nos que esta deba suspenderse por unha causa imputable á Administración ou debida a forza maior. Se o concesionario fose responsable do atraso na execución da obra estarase ó disposto no réxime de penalidades contido no prego de cláusulas administrativas particulares e nesta Lei, sen que se amplíe o prazo da concesión. 3. Se a concorrencia de forza maior implicase maiores custos para o concesionario a pesar da prórroga que se lle conceda axustarase ó plan económico-financeiro. 28. SUBCONTRATACIÓN 1. A execución da obra poderá ser contratada en todo ou en parte con terceiros de acordo co disposto na LCSP. 2. En ningún caso poderá o contratista concertar a execución do contrato con persoas inhabilitadas para contratar de acordo co ordenamento xurídico do LCSP ou comprendida nalgúns dos supostos do artigo 49 da LCSP. 3. O concesionario será responsable ante a Deputación das consecuencias derivadas da execución ou resolución dos contratos que realice con terceiros e así mesmo será o responsable único ante estes nos mesmos termos. 4. Correspóndelle ó concesionario o control da execución das obras que contrate con terceiros; este control debe axustarse ó plan que o concesionario elabore e aprobe a Deputación. Este poderá en calquera momento solicitar información sobre a marcha das obras e realizar as visitas de inspección que estime oportunas. 29. TERMINACIÓN DAS OBRAS. ACTA DE COMPROBACIÓN 1. Ó remate das obras a Deputación redactará unha acta de comprobación, á cal concorrerá o facultativo designado para representar a Administración, o contratista asistido de facultativo, se é ocaso, e a dirección da obra. 2. Se as obras e instalacións se atopan en bo estado e de acordo coas condicións previstas, e cumpren as medidas correctoras e de seguridade pertinentes, redactarase a acta de comprobación. No caso contrario así se fará constar detalladamente coas instrucións precisas e o prazo para emendar os defectos. 3. O contido da acta de comprobación será, como mínimo, o seguinte: - Nome, apelidos, DNI e enderezo dos asinantes - Condición na que actúan - Estado das obras e instalacións ou, no seu caso, defectos existentes e prazo para emendalos - Documento de valoración da obra pública executada - Lugar, data e sinatura Coa acta de comprobación achegarase un documento de valoración real e efectiva da obra pública executada e os certificados da dirección da obra esixibles. 4. O órgano de Contratación aprobará a acta de comprobación, a cal levará implícita a autorización para abrir as obras ó uso público, comezando nese momento o prazo de garantía da obra. 5.Coa aprobación da acta de comprobación iniciarase a fase de explotación. A posta en servizo das obras acordarase mediante unha resolución expresa que se producirá logo dos trámites administrativos procedentes. 30. DEVOLUCIÓN E CANCELACIÓN DA GARANTÍA DA OBRA Transcorrido un ano dende a formalización da acta de comprobación devolverase ou cancelarase, sen máis demora, a garantía da obra, sempre que non se producisen as responsabilidades ás que se refire o art. 88 da LCSP. Deberase manter unha garantía dun 2% pola explotación da obra. EXPLOTACIÓN DA OBRA PÚBLICA OBRIGAS E DEREITOS DAS PARTES 31. DEREITOS DO CONCESIONARIO O concesionario terá os seguintes dereitos: 1. Explotar a obra de aparcadoiro soterrado conforme as condicións que regulan a concesión e percibir a retribución económica prevista no presente prego. 2. Manter o equilibrio económico da concesión na forma e coa extensión prevista no art. 241 da LCSP e nos termos do presente prego. Non se considerará, en ningún caso, como posible causa de alteración do equilibrio económico-financeiro da concesión a construción de novos aparcadoiros no Concello de Sanxenxo. 3. Utilizar os bens de dominio público necesarios para construír, modificar, conservar e explotar a obra pública. 4. Ceder a concesión de acordo co previsto no artigo 209 da Lei de contratos, logo da autorización administrativa do órgano de contratación. 5. Hipotecar a concesión nas condicións establecidas nos artigos 255 e seguintes do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, logo da autorización administrativa do órgano de contratación. 6. Poderán utilizar os seus dereitos de crédito nos termos previstos no art. 254 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. 7. Calquera outros que lle sexan recoñecidos pola Lei de contratos do sector público, neste prego ou outras disposicións aplicables. 32. OBRIGAS DO CONCESIONARIO Serán obrigas do concesionario, ademais das previstas con carácter xeral nas leis e regulamentos aplicables, as seguintes: 1- O concesionario está obrigado a satisfacer o canon da concesión nos termos e prazos establecidos na cláusula 6 deste prego e na súa oferta. Depositar na Deputación a garantía definitiva pola construción das obras e a garantía definitiva pola explotación dos servizos de aparcadoiro soterrado. a) A garantía definitiva pola obra fíxase no 5% do presuposto total das obras, entendéndose por tal o establecido nos orzamentos dos proxectos técnicos. O prazo para a súa constitución é de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ó da notificación da adxudicación. A garantía definitiva pola construción das obras devolverase unha vez que venza o prazo de garantía co cumprimento de todas as obrigas contractuais de construción das obras e logo da constitución da fianza definitiva pola explotación da obra de aparcadoiro soterrado. b) A garantía definitiva pola explotación dos servizos fíxase no 2% do valor estimado do contrato de explotación do aparcadoiro. Deberá constituírse no prazo e termos sinalados neste prego. 2- Asistir á comprobación do replanteo, que efectuarán os servizos técnicos da Deputación dentro do prazo establecido no presente prego. 3- Redactar e presentar os proxectos definitivos de construción e explotación da obra pública obxecto de concesión e executar as obras conforme os proxectos técnicos aprobados pola Administración, asumindo os riscos e responsabilidades derivados da redacción, financiamento, construción, explotación e conservación dos elementos da concesión. Durante a redacción dos proxectos presentaralles avances ós servizos técnicos da administración contratante podendo facer as observacións que sexan oportunas co fin de que o concesionario as teña en conta. 4- O concesionario deberá redactar un regulamento de funcionamento do aparcadoiro, que deberá presentar ante a administración cunha antelación de dous meses á firma da acta de comprobación das obras, para que sexa aprobado polo órgano competente. 5- Deberá elaborar un anexo ambiental que incluirá o proxecto de execución das medidas correctoras establecidas no documento ambiental elaborado pola Deputación Provincial de Pontevedra e que incluirá a memoria, os planos, o prego de prescricións e o orzamento, entre outros documentos, así como aqueloutras medidas que se deriven do cumprimento do disposto na resolución, do 21 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se adopta a decisión de non someter á avaliación de impacto ambiental o presente proxecto. 6- Responder de que as obras de construción se executen con estrita suxeición ós proxectos de obra, aprobados pola Administración e no prazo e condicións sinaladas nestes, sen outras modificacións que as debidamente autorizadas, de ser o caso. 7- Responder da perfecta execución dos traballos, vixiándoos cos seus propios medios humanos e materiais baixo a dirección do responsable colocado ó pe de obra. Obrigarase a instalar pola súa conta os sinais precisos para indicar o acceso á obra, a regulación do tráfico nas zonas de traballo e os puntos de posible perigo, tanto en dita zona coma nos seus lindeiros e inmediacións, así como a adoptar todas as medidas de seguridade para as persoas e bens que esixa a natureza da obra. Así mesmo, o contratista-concesionario deberá aceptar a incorporación á dirección da obra da empresa dun supervisor técnico, nomeado pola Deputación, para realizar o seguimento das obras. O contratista responderá polos danos que poida orixinar derivados da execución dos traballos encomendados. Unicamente o concesionario é o responsable da execución e conservación das obras obxecto do presente contrato e dos defectos que nelas se puideran advertir, sen que lle exima de responsabilidade a circunstancia de que a dirección de obra examinara e recoñecera os materiais empregados na obra durante a construción, nin que as distintas partes de obra fosen incluídas nas relacións valoradas. Particularmente o concesionario é o responsable da impermeabilización da cuberta do aparcadoiro, polo tanto non poderá reclamar unha indemnización de danos e perdas como consecuencia destes fallos e quedará obrigado a efectuar as reparacións necesarias. Antes do comezo das obras deberá subscribir as pólizas esixibles de acordo co presente prego cunha cobertura suficiente para eximir á Deputación de calquera responsabilidade directa ou subsidiaria nesta contratación por danos nas persoas e nos bens; tamén estará obrigado a indemnizar a terceiros polos danos e perdas que se causen a consecuencia da execución do contrato. 8- Permitir en calquera momento a inspección técnica, económica ou de calquera outro tipo e o control directo da Deputación sobre a execución das obras e a explotación dos servizos, co fin de garantir a correcta execución das obras e o funcionamento dos servizos. Facilitar as contas anuais referidas á explotación e os datos estatísticos da concesión que lle requira a Deputación. Así mesmo, permitiralles o acceso ás instalacións ós encargados de vixiar ou reparar as liñas e servizos que circulen polo interior, así como para efectuar as reformas ou ampliacións necesarias. 9- O concesionario está obrigado a informar de modo inmediato, e ó máis tardar no prazo de sete días hábiles, de calquera anomalía que se observe no funcionamento do servizo ou na execución das obras. 10- Achegar ou elaborar calquera documento relacionado co aparcadoiro que precise a Deputación no prazo que se fixe. Así mesmo estará obrigado a presentar os certificados de estar ó corrente na Seguridade Social e en Facenda. 11- Xestionar o servizo de aparcadoiro soterrado, asumindo o risco económico da súa xestión coa continuidade e nos termos establecidos neste prego, a documentación contractual e demais normas que regulen o contido da concesión. En particular, o concesionario estará suxeito a cumprir as seguintes obrigas: a. Prestar o servizo coa continuidade convida. b. Garantir un nivel de servizo adecuado. c. Informar á administración con carácter trimestral sobre a marcha do servizo (número de vehículos que entran e saen, duración das estancias, cesións realizadas e calquera outra circunstancia). Así mesmo deberán facilitar calquera información que lle requira a Deputación en relación a estes datos, que deberá estar dispoñible en todo momento, e entregarlla cando a solicite, o máis tardar en sete días hábiles. 12- Asumir o risco e ventura do contrato de concesión de obra pública nos seus aspectos de construción, explotación, conservación e financiamento. 13- Deberá realizar auditorías cando llo requira a Deputación e no prazo que lle sinale, que serán a costa do adxudicatario. 14- Anualmente o contratista estará obrigado a obter á súa conta e entregarlle á Administración un certificado emitido pola empresa homologada relativo ó control de calidade na prestación dos servizos obxecto da concesión, en relación coa aplicación do sistema de calidade ISO 9001:2008. Este certificado ha de ser positivo da calidade do servizo. 15- Admitir a utilización dos servizos de aparcadoiro soterrado nas condicións establecidas de acordo cos principios de igualdade, universalidade e non discriminación, de acordo coa normativa aplicable. 16- O concesionario estará obrigado a xestionar o outorgamento das licenzas e autorizacións de calquera organismo público ou privado necesarias para iniciar, executar ou poñer en servizo as obras, solicitándolle á Administración os documentos necesarios, sen prexuízo da actuación que a esta última lle corresponda. O concesionario informará ó órgano contratante das licenzas e autorizacións que solicite. Así mesmo, o concesionario estará obrigado a aboar nos prazos voluntarios establecidos o importe dos tributos, gastos e exaccións derivados das licenzas e autorizacións referidas anteriormente e calquera que graven a execución e a posterior ocupación da obra. 17- Coidar da boa orde e da calidade das obras realizadas e dos servizos que se han de prestar e do seu uso, podendo ditar as oportunas instrucións para este fin, sen prexuízo dos poderes de policía que lle correspondan á Administración. O concesionario deberá cumprir e facer cumprir as normas de policía establecidas na normativa de aplicación e no regulamento deste servizo de aparcadoiro. 18- A partir do momento da ocupación e ata a extinción da concesión, o concesionario responderá da vixilancia da instalación e facilitará o control e inspección do servizo pola Administración, asistindo a esta nos seus labores. 19- O concesionario manterá en perfecto estado a instalación, terreos e instalacións afectas, cumprindo coas indicacións que sobre o particular lle faga a Administración. 20- Indemnizar os danos que se ocasionen a terceiros por causa da execución das obras ou da súa explotación como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato, cando lle sexan imputables de acordo co art. 198 da LCSP. 21- Protexer o dominio público que quede vinculado á concesión, en especial, preservando os valores ecolóxicos e ambientais dentro do previsto na lexislación aplicable. 22- Proxectar, executar, conservar, repoñer e reparar as obras accesorias ou vinculadas coa principal, necesarias para que esta cumpra a súa finalidade e que permitan o seu mellor funcionamento e explotación. 23- O concesionario deberá manter a obra pública conforme co que en cada momento e segundo o progreso da ciencia dispoña a normativa técnica e medioambiental, de accesibilidade e eliminación de barreiras e de seguridade dos usuarios que resulte de aplicación. 24- O concesionario exercerá por si mesmo a concesión sen que esta se lle poida ceder ou traspasar dalgunha forma a terceiros se non é de acordo co previsto neste prego e na LCSP. Así mesmo, non poderá allear nin gravar os bens afectos na concesión, agás autorización. Estes bens reverterán de maneira libre e gratuíta, libre de cargas e gravames á Administración ó remate da concesión. 25- Conservar as obras efectuando todas as reparacións tanto da obra coma das instalacións, calquera que sexa o seu alcance ou causa. 26- Cumprir as disposicións normativas en materia laboral, as de Seguridade Social, as de seguridade e saúde no traballo, as de prevención de riscos laborais en todos os seus aspectos e accidentes eximindo expresamente á Deputación de calquera responsabilidade por incumprir as citadas normas e de calquera outra infracción de carácter laboral en que incorra o concesionario. A infracción da lexislación sobre seguridade social, relacións laborais e dos convenios colectivos, de seguridade e saúde no traballo e prevención de riscos constituirá unha causa de resolución da concesión por incumprimento do concesionario. Expresamente, ponse de manifesto, que aínda que cambie a dita normativa o concesionario está obrigado a cumprir todos os cambios normativos. 27- O concesionario está obrigado a adecuar as instalacións e equipos complementarios ás normas de imaxe corporativa e de calquera outro tipo establecidas ou que, eventualmente, estableza a Administración. 28- O concesionario informará á Administración, por escrito e coa debida antelación, das modificacións que pretenda introducir no servizo, que deberán ser autorizadas por esta. 29- O concesionario non poderá realizar nin explotar ningunha publicidade e instalación obxecto da presente licitación sen a autorización previa. 30- Aboar, nos prazos correspondentes, á súa costa os seguintes gastos: a. O canon correspondente á oferta formulada. b. Os gastos derivados da execución íntegra deste contrato. c. Os que requiran para tramitar e obter autorizacións, licenzas, documentos ou calquera outra información de organismos ou particulares. d. Os gastos e tributos do anuncio ou anuncios de licitación, de preparación, de adxudicación e formalización do contrato. e. Os gastos correspondentes á redacción e elaboración dos proxectos que estea obrigado a presentar, conforme ó establecido nos presentes pregos. f. Os correspondentes á construción, retirada e remoción de toda clase de construcións auxiliares, limpeza e evacuación de desperdicios e lixo, conservación e desaugadoiros. g. Os que deriven de cantos traballos e informes sexan necesarios para cumprir os fins do contrato, así como a súa comprobación. h. Os de publicidade das obras en execución, confección e edición dun vídeo, documentación técnica e gráfica divulgativa e realización de actos de protocolo de inicio e fin de obras, todo iso de acordo cos usos habituais. i. Os correspondentes, no seu caso, á constitución e rexistro da sociedade ou UTE concesionaria, á modificación e rexistro de estatutos e todos os restantes que sexan consecuencia destas actuacións. j. Os gastos de visado dos correspondentes proxectos que o requirisen, de acordo co establecido nos pregos ou na normativa que resulte de aplicación. k. Os de conservación, mellora e adaptación das obras e instalacións. l. Os gastos de subministración de auga, enerxía eléctrica, evacuación de lixo, saneamento e depuración de augas residuais. m. Os administrativos e os de persoal de servizo e mantemento. n. Os seguros de responsabilidade e de explotación da obra pública contratada. o. Todos os tributos e prezos públicos locais, estatais, autonómicos ou de calquera ente público, actuais e futuros que recaian sobre os bens e actividades comprendidos na concesión. En todo caso, e cun mero carácter enunciativo, inclúense dentro dos tributos que ten que pagar o concesionario: - O pagamento do imposto sobre bens inmobles - O pagamento da taxa de licenza de obras - O pagamento do imposto sobre construción, instalación e obras - O pagamento das fianzas de augas e dereitos de acometida de acordo coas ordenanzas fiscais -O pagamento da taxa de entrada de vehículos p. Os dereitos, compensacións e demais gravames e exaccións que sexan aplicables segundo as disposicións vixentes con ocasión ou como consecuencia do contrato ou da súa execución. q. Calquera outro gasto que houbese para realizar o contrato de acordo con este prego e, en especial, os que se desprendan do desenvolvemento e implantación do Plan económico-financeiro. r. O pagamento de calquera outro gasto que se estableza neste prego e na normativa aplicable en cada momento. 31- Deberá destinar o aparcadoiro a este uso, sen que poida alteralo sen autorización expresa da Deputación e sempre relacionado co fin de aparcadoiro. 32- Acatar as normas aplicables de policía urbana e sanidade. 33- Coidar especialmente da vixilancia do aparcadoiro e das súas instalacións e dotalas do persoal necesario para manter a boa orde e as debidas condicións de seguridade e eficacia. 34- Recoñecer e acatar a facultade da Administración de modificar o contrato por razóns de interese público na forma prevista na Lei de contratos. 35- Adoptar o réxime contable axustado ó Plan xeral de contabilidade aplicable á empresa española e as súas adaptacións sectoriais, conforme se indica no presente prego. Ademais, o concesionario levará os adecuados controles financeiros e económicos para que a administración contratante poida coñecer o estado financeiro da concesión en calquera momento do período de construción ou explotación. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior deste apartado e co obxecto de ter un control da explotación do aparcadoiro, o adxudicatario deberá remitir a seguinte documentación: a) Documentación para entregar no mes de xaneiro, correspondente a ese ano natural que comeza: - Proposta de orzamento xustificante dos conceptos de ingresos e gastos para ese ano. b) Documentación para entregar no mes de xaneiro respecto do ano anterior: - Balance de situación. - Conta de explotación, aprobada polo órgano competente da empresa presentado no rexistro correspondente. - Informe das desviacións producidas respecto dos orzamentos aprobados. 36- O concesionario está obrigado a instalar nas rúas adxacentes a sinalización que informe da dirección que hai que seguir para acceder ó aparcadoiro. De igual forma haberá de situar unha sinalización que, de forma automática ou manual, informe con claridade ós posibles usuarios do aparcadoiro tanto do seu horario de apertura coma da existencia ou non de prazas vacantes. 37- O concesionario non permitirá o acceso ó interior de vehículos que utilicen combustibles non autorizados ou transporten mercancías perigosas. Neste suposto, o concesionario queda facultado para retiralos e depositalos no exterior do aparcadoiro, notificándollo ó seu propietario cando sexa posible. Tampouco permitirá o acceso de vehículos con altura superior á que se sinale nos accesos ó aparcadoiro. 38- Cumprir as obrigacións dimanantes desta concesión establecidas na normativa reguladora do contrato de concesión de obras públicas, no texto refundido da Lei de contratación das administracións públicas e no Regulamento de servizos das corporacións locais e demais disposicións de aplicación. 39- Cumprir calquera obrigación que estableza a normativa vixente en cada momento, incluído o regulamento que regule este servizo, que se poderá modificar en calquera momento. 33. DEREITOS E PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN 1. Dentro dos límites e con suxeición ós requisitos e efectos sinalados na LCSP, neste prego e nas demais disposicións aplicables a Administración ostentará as seguintes prerrogativas e dereitos: 1) Interpretar o contrato e resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento. 2) Modificar o contrato por razóns de interese público debidamente xustificadas de acordo co previsto no título V do libro I da LCSP. 3) Restablecer o equilibrio económico da concesión a favor do interese público na forma e coa extensión prevista no art. 241 da LCSP. 4) Acordar a resolución do contrato nos casos e nas condicións que se establecen no LCSP e neste prego. 5) Establecer os prezos ou tarifas máximos pola utilización da obra pública e das instalacións. 6) Vixiar e controlar o cumprimento das obrigacións do concesionario, inspeccionando o servizo, as súas obras, instalacións e locais e a documentación relacionada co obxecto desta concesión, así como ditar as ordes para manter ou restablecer a debida prestación. 7) Asumir a explotación da obra pública nos supostos nos que se produza o secuestro da concesión. 8) Impoñerlle ó concesionario as penalidades pertinentes por razón dos incumprimentos en que incorra. 9) Exercer as funcións de policía no uso e explotación da obra pública nos termos que se establezan na lexislación sectorial específica. 10) Impoñer con carácter temporal as condicións de utilización da obra pública necesarias para solucionar situacións excepcionais de interese xeral, aboando a indemnización que en cada caso proceda. 11) Suprimir o servizo. 12) Sancionar ós usuarios das instalacións. 13) Esixir o cobro dos canons impagados pola vía de constrinximento. 14) Calquera outros dereitos recoñecidos na Lei de contratos. 2. O exercicio das citadas prerrogativas administrativas axustarase ó disposto na LCSP, no presente prego e na lexislación específica que sexa aplicable. 34. CADRO DE PERSOAL E OBRIGACIÓNS RELATIVAS Ó PERSOAL Antes de iniciarse a prestación do servizo do aparcadoiro deberá remitírselle á Deputación a relación detallada do persoal, asinada polo responsable da xestión do aparcadoiro, cos seguintes datos ou documentos: 1- Indicación do nome e apelidos e NIF dos traballadores do aparcadoiro. 2- Fotocopia compulsada do xustificante da alta dos traballadores na Seguridade Social. 3- Fotocopia compulsada dos contratos de traballo e indicación dos custos económicos. 4- Indicación do convenio laboral de aplicación. 5- Indicación do horario de traballo e das funcións. 6- Indicación do nome e apelidos do responsable da xestión do aparcadoiro. Esta relación debe remitírselle á Administración cada vez que se produza algún cambio nos datos que aquí se recollen. O contrato de traballo que subscriba o concesionario co persoal adscrito á prestación do servizo poderá incorporar a existencia dun período de proba que non terá unha duración superior a seis meses. Transcorrido o período de proba sen que se extinga a relación laboral esta terá o carácter de indefinido de acordo coas previsións do texto refundido da Lei do estatuto de traballadores. As variacións do persoal deben comunicárselle con carácter previo á Deputación. En todo caso o aumento do cadro do persoal, excepto cando se trate de substituír persoal que ten licenzas, permisos ou baixas, mentres estes duren, require que sexa motivado e que o autorice expresamente a Deputación. As baixas, permisos e licenzas do persoal adscrito á concesión, que por calquera motivo ou circunstancia deba cubrir outro persoal, correrán exclusivamente a cargo do concesionario, de maneira que en cada momento da prestación do servizo non poida quedar reducida a dotación de persoal da concesión. O adxudicatario estará obrigado a comunicar os datos persoais relativos ás persoas que substitúan con carácter previo a iniciar a prestación do servizo, o xustificante da alta na Seguridade Social, a fotocopia compulsada do contrato de traballo, os custos económicos, o convenio laboral de aplicación, as funcións, o horario e o nome da persoa que substitúen. En canto ó período de vacacións gozarano cando libremente o pacte co concesionario, pero sempre garantindo a existencia dun persoal mínimo que asegure a correcta prestación do servizo. A non presentación ou permanencia no lugar de traballo dun traballador adscrito directamente ó servizo haberá de ser cuberta por persoal suplente. O persoal adscrito ó servizo obxecto de concesión traballará por conta do concesionario e deberá estar afiliado ó réxime xeral da Seguridade Social. O concesionario, na súa condición de empresario, será o único responsable do persoal adscrito ó servizo obxecto da concesión do cumprimento da lexislación que regula as relacións laborais, a Seguridade Social e a prevención de riscos laborais. O concesionario ten a obrigación ineludible de pagarlle ó persoal adscrito á concesión a retribución laboral total que lle corresponda. A falta de pagamento das retribucións salariais constituirá un incumprimento grave do concesionario. A Deputación resérvase o dereito a revisar en calquera momento a documentación que acredite que o adxudicatario cumpre as obrigacións fiscais e sociais. O concesionario presentará mensualmente, dentro dos dez primeiros días, o TC1 e o TC2 da Seguridade Social ante a Deputación para acreditar o seu cumprimento. Iso enténdese sen prexuízo de que a Deputación poida solicitarlle ó concesionario en calquera momento a acreditación de que cumpre as obrigas fiscais e sociais. En todo caso, o concesionario responderá da calidade técnica do servizo prestado, da calidade e condicións do seu persoal así como das consecuencias ou responsabilidades que se deduzan para a administración contratante ou para terceiros da incorrecta execución do contrato. Se os traballadores cotizasen en réxime de autónomos, de acordo coa normativa laboral, entón aplicaráselle todo o disposto neste artigo, salvo que sexa absolutamente incompatible con este tipo de réxime. O TC1 e TC2, que se piden mensualmente, substituiranse polo TC1 básico ou documento xustificativo de ingreso da cota da Seguridade Social. Este xustificante presentarase no mesmo prazo que o fixado neste prego para o TC1 e TC2. DESENVOLVEMENTO DA EXPLOTACIÓN 35. CONDICIÓNS PARA A EXPLOTACIÓN DO APARCADOIRO 1. Antes de comezar a funcionar o servizo de aparcadoiro a empresa adxudicataria deberá presentar un proxecto de explotación detallando a forma concreta de prestación do servizo, o estudo económico-financeiro, a extrapolación ó período da concesión, as especificacións sobre as zonas destinadas ós diferentes usos (aparcadoiro, entrada de vehículos, máquinas de cobro, etc.), acceso dos vehículos, operacións de mantemento e de seguridade que se vai aplicar e libros e rexistros que se van levar para a explotación do aparcadoiro e demais determinacións que se fixen no prego de prescricións técnicas. 2. Do total de prazas de aparcadoiro, o adxudicatario debera ceder o dereito de uso dun mínimo de 20% das mesmas a particulares (72 prazas) durante o período da concesión ou por períodos inferiores, con suxeición ás tarifas máximas aprobadas pola Deputación. O concesionario manterá, en todo caso, a obrigación de pagamento do canon á Deputación e de mantemento da obra sometida á explotación, con independencia da parte que repercuta sobre os cesionarios das prazas de aparcadoiro e da súa percepción efectiva. 3. O resto das prazas de aparcadoiro destinaranse ó uso público mediante a modalidade de fracción ou rotación horaria, con suxeición ás tarifas máximas aprobadas pola Deputación. O concesionario manterá, en todo caso, a obrigación de pagamento do canon á Deputación e de mantemento da obra sometida á explotación, con independencia da parte que repercuta sobre os cesionarios das prazas de aparcadoiro e da súa percepción efectiva. 4. A Administración poderá modificar estas porcentaxes recollidas nos puntos dous e tres desta cláusula, unha vez esgotadas as posibilidades de captación de usuarios e transcorridos polo menos cinco anos dende o inicio da explotación, na forma que estime máis conveniente para o funcionamento do aparcadoiro e a viabilidade da concesión. 5. O réxime de cesión de uso a particulares non implicará, en ningún caso, a adquisición de dereito algún de propiedade da praza de aparcadoiro senón única e exclusivamente o uso desta durante o tempo contratado. 6. O contratista informará á Administración con carácter trimestral sobre a marcha do servizo (número de vehículos que entran e saen, duración das estancias, cesións realizadas e calquera outra circunstancia). Así mesmo deberán facilitar calquera información que lle requira a Deputación en relación a estes datos, os cales deberán estar dispoñibles en todo momento, e entregarlla cando o requira, o máis tardar en sete días hábiles. 7. A cesión de uso non poderá ser anterior á recepción das obras pola Deputación e a súa formalización non alterará as relacións entre a Administración e o concesionario, sen prexuízo dos compromisos de cesión que poida asumir o concesionario con terceiros durante a fase de construción. En todo caso extinguiranse cando se extinga a concesión. 8. As condicións específicas para efectuar as cesións regularanse por un regulamento do servizo deste aparcadoiro soterrado. 9. O aparcadoiro estará aberto as vinte e catro horas do día, todos os días do ano, incluídos sábados, domingos e festivos, sen prexuízo das peculiaridades que se recollan no regulamento do servizo no que se refire ó acceso peonil e de vehículos. 10. Réxime contable. O adxudicatario asumirá na xestión da concesión os principios e normas de contabilidade xeralmente aceptados que sexan de aplicación, considerando como tales os establecidos no código de comercio, a Lei de sociedades anónimas e a restante lexislación mercantil e societaria; o plan xeral de contabilidade aplicable á empresa española e as súas adaptacións sectoriais, de ser o caso, así como a demais lexislación que especificamente lle sexa aplicable. En todo caso deberá rexistrar de forma separada e detallada, mediante contas contables individualizadas e claramente identificables, os ingresos procedentes da operatoria contable relativa á reserva para investimentos de reposición e os conceptos que forman parte do valor patrimonial do investimento. 36. SEGUROS O concesionario contratará e manterá á súa costa os seguintes seguros: 36.1. Pólizas de todo risco de construción das obras e perda de beneficios anticipada. Póliza de todo risco de construción 1. Esta póliza deberá cubrir os danos que poidan sufrir as obras realizadas e as que se atopen en curso de realización e quedará asegurada toda perda que puidera producirse nelas, incluíndo as coberturas seguintes: a)Os danos derivados dos riscos da natureza (incendio, raio, etc.) e/ou calquera outro risco non denominado (roubo, espoliación, impacto, impericia, neglixencia, actos vandálicos e malintencionados, etc). b) As garantías adicionais derivadas de: (i) erro de deseño; (ii) gastos de desescombrado, demolición, medidas adoptadas pola autoridade, etc.; (iii) danos a bens preexistentes; (iv) folga, motín e terrorismo; (v) honorarios profesionais. 2. Quedará asegurada toda perda ou dano que resulte dunha causa cuxo orixe se atope no período de construción, así como a que se ocasione nesta etapa ou posteriores como consecuencia da execución de traballos realizados co fin de cumprir correctamente as obrigacións estipuladas no contrato. 3. Na póliza figurarán como asegurados a Deputación e o seu persoal técnico que interveña nesta fase, o concesionario, contratistas e subcontratistas e calquera persoa ou entidade que interveña nas obras. 4. As coberturas mínimas para contratar, sen prexuízo da responsabilidade do concesionario respecto das obras para executar, serán as seguintes: • Cobertura básica: Valor da obra • Riscos da natureza: Valor da obra • Folga, motín, conmoción civil e actos político-sociais: 2.000.000 euros • Riscos non denominados: 300.000 euros • Terrorismo: 300.000 euros • Gastos de desescombro e extinción: 220.000 euros • Bens preexistentes/servizos afectados: 300.000 euros • Erro de deseño: 300.000 euros Perda de beneficio anticipada A póliza de perda anticipada de beneficios referirase, con carácter xeral, ó retraso na terminación dos traballos derivado dun sinistro cuberto pola cobertura de todo risco de danos na construción. • Suma asegurada: beneficio anual esperado • Período de indemnización: 18 meses 36.2. Póliza de responsabilidade civil relativa á fase de construción. 1. Esta póliza cubrirá as distintas responsabilidades civís, nas súas vertentes de xeral, patronal, cruzada, defensa e fianzas civís e criminais e de traballos terminados. 2. Esta póliza incluirá como asegurado ó concesionario, contratistas e subcontratistas e Deputación como promotor das obras, incluído o persoal desta que interveña na inspección ou execución das obras, así como calquera persoa ou entidade que interveña nesta fase. 3. O límite de indemnización para as garantías deste seguro non deberá ser inferior a 600.000 €. O sublímite de indemnización por vítima na garantía de responsabilidade civil patronal non deberá ser inferior a 300.000 €. 36.3. Póliza todo risco danos materiais. 1. Esta póliza cubrirá os danos causados ás instalacións e instrumentos de control. 2. Figurarán como asegurados a Deputación e o seu persoal técnico que interveña nestas fases, o concesionario, contratistas e subcontratistas e calquera persoa ou entidade que interveña nas fases de conservación e explotación da instalación. 3. A suma asegurada determinarase segundo o valor. 4. As coberturas mínimas para contratar serán relativas a (i) danos á natureza, inundación, terremotos, etc.; (ii) folga, motín, conmoción civil e actos políticos sociais; (iii) terrorismo; (iv) danos eléctricos a aparatos de xeración, condución e transformación de electricidade; (v) danos a equipos electrónicos; (vi) roubo e espoliación do contido; gastos extraordinarios; (vii) gastos de desescombro e extinción. 36.4. Póliza de incendios. 1. Cubrirá os danos causados á obra civil. 2. Nesta póliza figurarán como asegurados a Deputación e o seu persoal que interveña nestas fases, o concesionario, contratistas e subcontratistas, calquera persoa ou entidade que interveña nas fases de conservación e explotación da instalación e os vehículos aparcados. 3. A suma asegurada determinarase segundo o valor. 36.5. Póliza de responsabilidade civil relativa á fase de explotación. 1. Esta póliza cubrirá as distintas responsabilidades civís: xeral, patronal, cruzada, defensa e fianzas civís e criminais por explotar e conservar a instalación dende a finalización das obras ata a extinción do contrato; incluirá como asegurados a Deputación e o seu persoal técnico que interveña nesta fase, o concesionario, contratistas e subcontratistas e calquera persoa ou entidade que interveña nas fases de conservación e explotación e os vehículos aparcados. 2. O límite de indemnización para as garantías deste seguro non deberá ser inferior a 1.000.000 de euros. O sublímite de indemnización por vítima na garantía de responsabilidade civil patronal non deberá ser inferior a 300.000 euros. 36.6. Disposicións comúns: 1. Deberase depositar na Deputación unha copia compulsada das pólizas e das súas actualizacións e dos xustificantes de pagamento das primas satisfeitas en cada período anual. En caso de que o concesionario incumpra a acreditación de renovación das pólizas ou a súa actualización, a Deputación poderá contratalas directamente repercutindo ó concesionario o custo da prima e sen prexuízo das penalidades que procederan polo seu incumprimento. 2. As distintas pólizas para contratar subscribiranse e manteranse en concordancia coa fase (construción, explotación e conservación) na que se atope o desenvolvemento do contrato. Malia isto, o concesionario achegaralle á Administración as pólizas correspondentes ás fases de explotación e conservación da instalación con anterioridade ó inicio da dita fase. 3. Calquera modificación nas pólizas deberá aprobala previamente o órgano de contratación e os límites asegurados deberanse actualizar anualmente de acordo co IPC estatal do ano anterior. 4. En caso de sinistro o concesionario percibirá da Deputación a parte correspondente da indemnización da entidade aseguradora na proporción coa que o concesionario contribúa ós traballos da reconstrución e logo do informe dos servizos municipais. No caso de que o concesionario non realice a reparación ou reconstrución das obras a Deputación percibirá a indemnización e destinaraa para esta finalidade, sen prexuízo do que proceda reclamar ó concesionario no que exceda da indemnización. 5. Nas pólizas deberá incluírse unha cláusula na que se especifique que non se poden cancelar sen a autorización expresa da Administración. 6. Calquera modificación nas pólizas deberá aprobala previamente o órgano competente e a suma asegurada deberase manter actualizada anualmente de acordo co IPC estatal do ano anterior. 37. MODIFICACIÓN DA OBRA PÚBLICA 1. O órgano de contratación poderá acordar, cando o interese público o esixa e se concorren as circunstancias previstas no título V do libro I da LCSP, a modificación da obra pública así como a súa ampliación ou, se concorren as circunstancias previstas no artigo 155 b), a realización de obras complementarias directamente relacionadas co obxecto da concesión durante a vixencia desta; neste caso revisarase o plan económico-financeiro para acomodalo ás novas circunstancias. 2. Toda modificación que afecte o equilibrio económico da concesión rexerase polo disposto no artigo 241 da LCSP. 3. As modificacións que, polas súas características físicas e económicas, permitan a súa explotación independente serán obxecto de nova licitación para a súa construción e explotación. 38. USO E CONSERVACIÓN DOS APARCADOIROS 1. O concesionario deberá coidar da adecuada aplicación das normas sobre o uso, a policía e a conservación dos aparcadoiros. 2. O persoal encargado da explotación dos aparcadoiros, en ausencia de axentes de autoridade, poderá adoptar as medidas necesarias en base á utilización daqueles formulando, no seu caso, as denuncias pertinentes. Para estes efectos servirán de medio de proba as que obteña o persoal do concesionario debidamente acreditado e cos medios previamente homologados pola administración competente, así como calquera outro admitido en dereito. 3. O concesionario poderá impedirlles o uso dos aparcadoiro ós usuarios que non aboen a tarifa correspondente, sen prexuízo do que a este respecto se estableza na lexislación sectorial correspondente. 4. O concesionario deberá manter os aparcadoiros de acordo co que, en cada momento e segundo o progreso da ciencia, dispoña a normativa técnica, medioambiental, de accesibilidade e eliminación de barreiras e de seguridade dos usuarios que sexa aplicable. 39. EQUILIBRIO ECONÓMICO DO CONTRATO 1. O contrato deberá manter o seu equilibrio económico nos termos que foron considerados para a súa adxudicación, tendo en conta o interese xeral e o interese do concesionario. Non poderá alegarse a ruptura dese equilibrio baseado en previsións de ocupación que non se cumpran ou erros nos cálculos realizados polo licitador, nin cando o Concello cree máis aparcadoiros no concello ou altere a circulación, o uso ou a configuración das zonas, rúas e demais espazos lindantes ou próximos ó aparcadoiro. En todo caso, o Concello dispón da plena dispoñibilidade para ordenar o tráfico do concello, o sentido e o uso das rúas, sendo por conta do adxudicatario os riscos e consecuencias que deriven disto. Faise constar, especialmente, que se por unha obrigación normativa ou resolución xudicial se esixe a modificación da estrutura tarifaria, deberán adecuarse as tarifas ó disposto nestas, sen que haxa dereito ó seu incremento ou ó restablecemento do equilibrio económico-financeiro. Tampouco terá dereito ó incremento das tarifas ou ó restablecemento do equilibrio económico-financeiro se a modificación da estrutura a esixe a Deputación por razóns de interese público, e mantén a proporción de prezo entre as tarifas actuais e as da nova estrutura. O principio do mantemento do equilibrio da concesión esixirase tamén cando este se rompa a favor do concesionario, reclamando a Deputación o correspondente incremento do canon, a redución do prazo de duración do contrato ou a redución de tarifas que deben aboar os usuarios. 2. Para este efecto deberase restablecer o equilibrio económico do contrato, en beneficio da parte que corresponda, nos seguintes supostos: a) Cando a Administración modifique, por razóns de interese público e de acordo co previsto no título V do libro I, as condicións de explotación da obra. b) Cando causas de forza maior ou actuacións da Administración determinen de forma directa a ruptura substancial da economía da concesión. Para estes efectos entenderase por causa de forza maior as enumeradas no art. 214 da LCSP. c) Cando se produza o resto de circunstancias expresamente previstas no presente prego ou na lexislación de contratos das administracións públicas. 3. Nos supostos en que proceda, salvo que se decida a resolución da concesión, no seu caso, o restablecemento do equilibrio económico da concesión realizarase adoptando algunha das medidas seguintes: a) Modificación das tarifas establecidas. b) Permitindo aproveitamentos comerciais, de alugamento de espazos, publicidade ou doutro tipo, sen prexuízo de que se quere explotalos durante a vixencia do contrato. Isto requirirá a autorización municipal, logo da valoración do interese público concorrente e do equilibrio económico do contrato. c) Redución do prazo concesional. d) Calquera outra modificación das cláusulas de contido económico deste prego. e) A combinación dalgunha das medidas descritas nos apartados anteriores. 40. CESIÓN DA CONCESIÓN 1. Permítese a cesión dos dereitos do concesionario a outra persoa natural ou xurídica; o novo concesionario deberá reunir as condicións e garantías análogas ás esixidas ó adxudicatario logo de cumprir as esixencias legais. 2. Para facer efectiva a cesión terán que cumprirse os requisitos sinalados polo artigo 209 da LCSP. 3. Toda transmisión autorizada non poderá alterar o prazo da concesión fixado ó facer a adxudicación nin as súas condicións. 41. PRAZO DE GARANTÍA 1. O contratista e o adxudicatario serán responsables dos defectos que na construción poidan advertirse dende o inicio da execución das obras ata que se cumpra o prazo de garantía. 2. O prazo de garantía da construción das obras establécese nun ano, contado dende o día en que a Administración considere a obra por recibida, mediante a redacción da acta de comprobación das obras. A acta de recepción final redactarase ó remate da concesión, cando se entreguen os bens e as instalacións. 3. O contratista-adxudicatario responderá das obras e prexuízos durante o prazo de quince anos, que se contarán dende o día no que se redacte a acta de recepción da obra, por vicios ocultos da construción debido ó incumprimento pola súa parte do contrato. INCUMPRIMENTOS E SANCIÓNS 42. INCUMPRIMENTOS En aplicación do disposto no art. 235 da LCSP, os incumprimentos do concesionario consideraranse leves e graves. A. Serán de carácter leve: 1. Non comunicarlle en prazo ó órgano de contratación a subscrición de préstamos ou créditos para o financiamento da obra pública. 2. Acudir a outros medios de financiamento privado, distintos dos enumerados con anterioridade, sen a previa autorización do órgano de contratación. 3. Incumprir calquera das obrigacións enumeradas no art. 3 da Lei 40/2002, do 14 de novembro, reguladora do contrato de aparcadoiro de vehículos. 4. Causar danos a bens de terceiros por culpa ou neglixencia na execución da concesión, sen prexuízo da responsabilidade patrimonial que poidan esixir os prexudicados. 5. A falta de respecto co público dos empregados do servizo. 6. Todos os demais incumprimentos das obrigacións do concesionario fixadas neste prego, no prego de prescricións técnicas, no contrato e na demais normativa aplicable non cualificados expresamente como graves. B. Serán de carácter grave: 1. Incumprir as obrigacións relativas ás garantías definitivas de construción e de explotación nos termos dispostos polo presente prego. 2. Non formalizar o contrato por causa imputable ó concesionario do contrato no prazo sinalado no prego. 3. Non subscribir, subscribir en condicións distintas ás aquí estipuladas ou o non pagar as pólizas de seguros ás que se refire este prego que producise algún período de falta de cobertura ou non acreditar pagar as primas nos termos sinalados no prego. 4. Ceder, alugar, subalugar ou traspasar a concesión sen a previa autorización ou sen cumprir coas condicións establecidas no presente prego e LCSP. 5. Non solicitar nin obter as licenzas e autorizacións necesarias para a execución deste contrato. 6. Desobedecer ou o incumprir as ordes e instrucións da Deputación. 7. Incumprir as indicacións e/ou instrucións dos facultativos competentes na execución da obra ou na súa explotación. 8. Obstaculizar ou impedir a inspección, o control do servizo, das obras, instalacións e documentación relacionados co obxecto da concesión. 9. Non atender os requirimentos que lle realice a Administración nin acatar as resolucións que esta adopte. 10. Non respectar os parámetros de calidade e seguridade establecidos no prego ou calquera outra norma de aplicación ou realizar unidades de obras defectuosas, mal executadas ou non axustadas ó proxecto. 11. Non levar a cabo as melloras ofrecidas polo adxudicatario na súa oferta e segundo as instrucións que lle dirixa a Deputación. 12. Incumprir o prazo para a presentación do proxecto construtivo de execución ou non presentar dentro do prazo de 15 días as modificacións requiridas ó concesionario do proxecto de execución ou de construción. 13. Non presentar as modificacións ó adxudicatario dentro do prazo de 15 días que se prevé na cláusula 21, referente ó proceso construtivo deste prego, sen axustarse ós requirimentos efectuados pola Administración pública. 14. Non acudir o concesionario, por causa imputable a este, ó acto de comprobación de replanteo das obras no prazo fixado no prego. 15. Non presentar, por causa imputable ó concesionario, no prazo sinalado neste prego o plan de seguridade e saúde ou presentalo co informe desfavorable do coordinador de seguridade e saúde, ou a non corrixir erros, defectos ou omisión no prazo establecido para iso. 16. Incumprir o prazo marcado nos pregos para iniciar e rematar as obras e poñer en marcha o servizo. 17. Incumprir a obriga de sinalizar as obras. 18. Modificar as tarifas sen a autorización previa da Deputación. 19. Cobrar as tarifas superiores ás máximas autorizadas pola Deputación. 20. Vulnerar os principios de igualdade, universalidade e non discriminación dos usuarios da obra pública. 21. A falta de mantemento ou a adecuada conservación da obra pública concedida. 22. Incumprir ou cumprir de maneira neglixente as obrigacións do concesionario relativas ó uso, policía e conservación da instalación, así como as relativas ó mantemento dos bens e instalacións do aparcadoiro en bo estado de uso e conservación. 23. Non garantir a adecuación das instalacións ás normas de imaxe corporativa e de calquera outro tipo establecidas ou que eventualmente estableza a Administración. 24. Non informar á Administración, por escrito e coa debida antelación, das modificacións que pretenda introducir no servizo, o cal deberá autorizalas nos termos previstos neste prego. 25. Non informar á Administración debidamente do volume de estacionamento de usuarios do servizo ou falsear dalgunha forma a información para subministrar. 26. Non subministrar a información que requira a Deputación no prazo sinalado. 27. Incumprir as obrigacións do concesionario en materia de publicidade nos termos previstos no presente prego. 28. Non comezar ou interromper inxustificadamente total ou parcialmente a explotación da obra pública, salvo causas de forza maior. 29. A neglixencia no deber de limpeza e ornato, ou incumprir as instrucións que para estes efectos ditou a Deputación. 30. A infracción de normas tributarias ou administrativas relacionadas coa concesión. 31. Modificar as obras que representen unha alteración substancial do proxecto aprobado sen suxeitarse ó procedemento establecido neste prego e na normativa aplicable. 32. Incumprir total ou parcialmente as prohibicións establecidas na LCSP. 33. Non executar as obras coas medidas de seguridade esixidas. 34. A paralización continuada das obras excepto por forza maior. 35. A existencia de vicios ocultos na construción debidos a incumprimento doloso ou culposo do concesionario. 36. Non dar comezo ou paralizar a explotación da obra, agás cando iso obedeza a forza maior. 37. A interrupción inxustificada total ou parcial da utilización da obra e a explotación manifestamente defectuosa ou irregular desta. 38. Non efectuar as reparacións, tanto da obra como das instalacións, calquera que sexa o seu alcance ou causa. 39. Incumprir calquera das obrigacións esenciais establecidas para o concesionario neste prego. 40. A acumulación ou reiteración de tres infraccións leves cometidas no transcurso dun ano. 41. Infrinxir a lexislación sobre Seguridade Social, relacións laborais, dos convenios colectivos, de seguridade e saúde no traballo e prevención de riscos, así como non pagar a retribución salarial total dos traballadores. 42. Destinar os estacionamentos a outros fins diferentes dos autorizados. 43. O retraso na presentación da certificación de calidade ISO 9001/2008 e a perda desta dúas veces no transcurso de cinco anos. 44. Non levar os adecuados controis de gastos e custos da actividade para que a administración contratante poida coñecer o estado financeiro do concesionario. 45. Non presentar os TC1 e TC2 no prazo establecido no prego. 46. Permitir o concesionario o acceso ó interior de vehículos que utilicen combustibles non autorizados ou transporten mercancías perigosas. Tampouco permitirá o acceso de vehículos con altura superior á que se sinale nos accesos ó aparcadoiro. 47. Sen prexuízo do que dispón a lexislación vixente ou neste prego para o cobro dos gastos sinalados no apartado 32 a demora en máis de 30 días no aboamento deses gastos no prazo sinalado para iso constitúe un incumprimento grave do contratista. 43. PENALIDADES POR INCUMPRIMENTO DO CONCESIONARIO 1. Os incumprimentos por parte do concesionario suporán que a Administración impoña as seguintes sancións: a) Os incumprimentos leves serán penalizados con multas de ata 9.000 euros. b) Os incumprimentos graves serán penalizados con multas de 9.001 euros ata 60.000 euros. No caso de incumprir o prazo total fixado para o remate das obras ou dos prazos parciais a Administración poderá optar indistintamente pola resolución deste, con incautación da garantía definitiva, ou pola imposición de penalidades diarias en proporción de un euro por cada mil euros do prezo do de execución das obras do aparcadoiro que conste no proxecto aprobado pola Administración. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do cinco por cento do prezo de execución das obras, o órgano de contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. - Se o concesionario incorrera en incumprimentos graves das súas obrigacións esenciais poderá acordarse a resolución da concesión. - Se o concesionario incorrera en incumprimentos graves que puxeran en perigo a boa prestación do servizo público a Deputación poderá declarar o secuestro da concesión. - A aplicación de sancións non exclúe a indemnización de danos e perdas a que poida ter dereito a Deputación orixinadas polo incumprimento do contrato. 2. En todo caso, o límite máximo das penalidades anuais para impoñer non poderá exceder o límite do artigo 235 da LCSP. 3. Os importes das penalidades serán obxecto de revisión anual conforme ó incremento do IPC ou índice que o substitúa, cuxo cálculo se efectuará puntualmente, no suposto de necesitar aplicar as citadas multas. 4. Con independencia dos incumprimentos que realice o concesionario e das sancións que se lle impoñan, a Administración pode esixir sempre o cumprimento das obrigacións do concesionario e acudir ós medios previstos pola normativa para esixir o seu cumprimento. 44. GRADACIÓN DAS PENALIDADES Na imposición de penalidades pola administración deberase gardar a debida adecuación entre a gravidade do incumprimento e a penalidade aplicada, considerándose especialmente os seguintes criterios para a graduación: (i) o tipo de incumprimento; (ii) a importancia económica da explotación; (iii) a existencia de intencionalidade no incumprimento; (iv) a natureza dos prexuízos causados con motivo deste; (v) a reincidencia, por incorrer, durante un ano, en máis dun incumprimento da mesma natureza; (vi) o beneficio obtido polo concesionario. 45. MULTAS COERCITIVAS Con independencia do réxime de penalidades previstos nas cláusulas precedentes, a Deputación tamén poderá impoñerlle ó concesionario multas coercitivas cando persista no incumprimento das súas obrigacións, sempre que fora requirido previamente e non as cumprira no prazo fixado. O importe diario da multa será de 3.000 euros. 46. IMPOSICIÓN DE PENALIDADES E MULTAS COERCITIVAS Será competente para impoñer as penalidades e as multas o órgano de contratación, cun informe dos servizos técnicos e logo da audiencia do contratista. O concesionario satisfaralle á Administración o importe da multa e as penalidades no prazo dos 30 días naturais seguintes ó da súa notificación. De non facerse dentro deste termo as multas faranse efectivas de acordo coa relación seguinte: 1. Incautación da garantía definitiva en importe necesario para cubrir a multa e as penalidades impostas. Para este efecto o contratista terá que completar a garantía incautada. 2. En canto o aboamento do importe das multas e penalidades non quede cuberto na súa totalidade pola garantía definitiva, a Deputación poderá utilizar os medios de execución forzosa previstos na Lei 30/1992, de réxime xurídico de administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou a norma vixente aplicable ó caso. A imposición das multas terá lugar sen prexuízo dos danos e perdas que esixa a Deputación. 47. SECUESTRO DA CONCESIÓN 1. O órgano de contratación, logo da audiencia do concesionario, poderá acordar o secuestro da concesión nos casos nos que o concesionario non poida facer fronte, temporalmente e con grave dano social, á explotación da obra pública por causas alleas ou incorrese nun incumprimento grave das súas obrigacións que puxera en perigo a dita explotación. O acordo do órgano de contratación seralle notificado ó concesionario e se este, den¬tro do prazo que fixado, non corrixira a deficiencia executarase o secuestro. Así mesmo, poderase acordar o secuestro nos demais casos recollidos nesta lei cos efectos previstos nesta. 2. Tras efectuar o secuestro, corresponderalle ó órgano de contratación a explotación directa da obra pública e a percepción da contraprestación establecida, podendo utilizar o mesmo persoal e material do concesionario. O órgano de contratación designará un ou varios interventores que substituirán plena ou parcialmente o persoal directivo da empresa concesionaria. A explotación da obra pública obxecto de secuestro efectuarase por conta e risco do concesionario, ó cal se lle devolverá, ó finalizar aquel, co saldo que resulte despois de satisfacer todos os gastos, incluídos os honorarios dos interventores e deducir, no seu caso a contía das penalidades impostas. 3. O secuestro terá carácter temporal e a súa duración será a que determine o órgano de contratación sen que poida exceder de tres anos, incluídas as posibles prórrogas. O órgano de contratación acordará de oficio ou a pedimento do concesionario o cesamento do secuestro cando resultara acreditada a desaparición das causas que o motivasen e o concesionario xustificase estar en condicións de proseguir a normal explotación da obra pública. Transcorrido o prazo fixado para o secuestro sen que o concesionario garantise a asunción completa das súas obrigacións, o órgano de contratación resolverá o contrato de concesión. EXTINCIÓN DA CONCESIÓN 48. MODOS DE EXTINCIÓN DA CONCESIÓN 1. Os modos de extinción, as causas de resolución e os seus efectos serán os contemplados nos art. 242, 243, 245 e 247 da Lei de contratos do sector público, sen prexuízo das causas de resolución que establecen os art. 202 e 220 da citada disposición legal. 2. Os incumprimentos graves que poden dar lugar á resolución do contrato réxense polas seguintes normas: a) De acordo co artigo 235 da LCSP considéranse como causas de resolución do contrato por causa imputable ó contratista as seguintes infraccións graves: - As establecidas nos apartados 1, 2, 3, 4, 5, 7, 8, 10, 11, 12, 13, 16, 18, 19, 20, 21, 22, 24, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 34, 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 47, 48,49 e 50 do apartado B da cláusula 42 deste prego, a excepción da demora no cumprimento do prazo total das obras que se rexerá polo disposto na cláusula 52.1 deste prego. b) A resolución do contrato é independente da imposición de penalidades e de multas coercitivas, pois aínda cando se proceda á resolución do contrato, ou se teña esta posibilidade, a Administración esixiralle as penalidades e multas coercitivas. c) En caso de incumprimento grave que dea lugar á resolución do contrato, a Administración pode optar libremente pola súa resolución, salvo nos seguintes casos, nos que necesariamente procederá á súa resolución: c).1 Non acreditar, por causas imputables ó concesionario, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó requirimento, a constitución da garantía definitiva, antes da formalización do contrato. c).2 Non acreditar, por causa imputable ó concesionario, a constitución da garantía definitiva para responder da xestión e explotación dos servizos antes do inicio da explotación e apertura ó público da obra. d) As causas de resolución previstas como incumprimentos graves, que ó mesmo tempo estean mencionadas expresamente no artigo 245 da LCSP, determinarán que se rexerán en primeiro lugar polo disposto especificamente pola lei e supletoriamente polo disposto neste punto segundo desta cláusula. 3. Tamén constitúen causa de extinción da concesión calquera outra que se prevexa expresamente pola normativa vixente en cada momento ou neste prego. 4. A resolución do contrato será acordada polo órgano contratante, de oficio ou a instancia do concesionario, mediante o procedemento que resulte de aplicación conforme coa lexislación de contratos. 5. A aplicación das causas de resolución realizarase de acordo co que se establece no artigo 246 da LCSP. 49. ACTA DE RECEPCIÓN FORMAL 1. A acta de recepción formal das obras redactarase ó remate da concesión, cando se lle entreguen os bens e as instalacións revertidos á Administración, en presenza do concesionario, se comparecese. A incomparecencia do concesionario non impedirá a recepción dos bens, nin prolongará a explotación da concesión. Na acta salientarase o estado de conservación dos bens revertidos, especificando, no seu caso, as deterioracións ou deficiencias que presenten, cuxo importe de reparación reclamaráselle ó concesionario e no que alcance responderá a garantía. 2. O contido da acta citada será o establecido no art. 218 da Lei de contratos do sector público. 3. Os bens afectos á concesión reverterán de modo gratuíto e libre de cargas e gravames a favor da Administración o termo da concesión. RÉXIME XURÍDICO 50. NATUREZA DA CONCESIÓN E RÉXIME XURÍDICO APLICABLE 1. O contrato que se derive deste prego terá carácter administrativo. As partes quedan sometidas expresamente ó establecido neste prego e nos correspondentes pregos de prescricións técnicas, así como á lexislación de contratación das administracións públicas. A natureza da relación que vinculará ó adxudicatario do procedemento aberto coa Administración será a propia do contrato de concesión de obras públicas, regulado nos artigos 7, do 112 o 117, do 223 o 250 da LCSP, dos artigos 253 o 260 do texto refundido da Lei de contratos 2/2000, que aínda está en vigor. Esta concesión non afecta a súa natureza pública nin o carácter de dominio público dos bens sobre os que se asenta, conservando a Administración a titularidade dos mesmos e todas as facultades que en consecuencia lle son propias. En concreto ostenta, en relación co contrato que regula o presente prego, as prerrogativas de interpretalo e resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalo por razóns de interese público, resolvelo e determinar os efectos desta resolución, así como todas aquelas recoñecidas na lexislación vixente en relación con este contrato neste prego e nos restantes documentos de carácter contractual. 2. A concesión administrativa do dominio público sobre o que se executan as obras está implícita na concesión de obra pública. As obras e os servizos de aparcadoiro soterrado manterán a cualificación de servizo público. Terán carácter contractual os seguintes documentos: - O presente prego de cláusulas administrativas particulares e os documentos incorporados a este como anexo - O prego de prescricións técnicas - A oferta económica e técnica presentada polo adxudicatario - O plan económico financeiro presentado polo adxudicatario - O proxecto básico e de execución ou construción aprobado - O proxecto de explotación aprobado - O documento de formalización do contrato En caso de discrepancia entre os distintos documentos contractuais, non salvable por unha interpretación sistemática destes, prevalecerá o establecido neste prego, agás que se deduza que se trata dun evidente erro de feito ou aritmético. 3. Ademais de polos pregos indicados o contrato rexerase: a) Pola Lei 30/2007, de contratos do sector público. b) Pola Lei 2/2011, de 4 de marzo, de economía sostible. c) Polo Real decreto 817/2009, que desenvolve parcialmente a Lei. d) Polo Real decreto 1098/2001, do 5 de xullo, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. e) Pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. f) Pola Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. g) Polo Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o regulamento de bens das entidades locais. h) Pola Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. i) As obras e as instalacións rexeranse na súa execución polos proxectos técnicos que deberá presentar o adxudicatario e aprobar a Deputación. j) Aplicarase, así mesmo, a vixente normativa en materia laboral, de seguros sociais, contratación de persoal, construción, seguridade e hixiene no traballo, accesibilidade e demais normativa aplicable ás actividades que se desenvolven nas obras e na explotación constitutivas do obxecto desta concesión. k) Os regulamentos do servizo que aprobe a Deputación, así como as disposicións que complementen ou desenvolvan as anteriores. l) Supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as de dereito privado. 51. RECURSO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN Segundo o establecido no artigo 310 da LCSP serán susceptibles de recurso especial en materia de contratación previo á interposición do contencioso-administrativo os seguintes actos: - Os anuncios de licitación, os pregos e os documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a contratación. - Os actos de trámite adoptados no procedemento de adxudicación, sempre que estes decidan directa ou indirectamente sobre a adxudicación, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento ou produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos ou intereses lexítimos. Consideraranse actos de trámite que determinan a imposibilidade de continuar o procedemento os actos da Mesa de Contratación polos que se acorde a exclusión de licitadores. - Os acordos de adxudicación adoptados polos poderes adxudicadores. - O recurso especial regulado no artigo 310 e seguintes da LCSP terá carácter potestativo. As cuestións litixiosas xurdidas sobre a interpretación, modificación, efectos e resolución do contrato serán resaltadas polo órgano de contratación, cuxos acordos poñerán fin á vía administrativa. Os ditos acordos poderán ser recorridos potestativamente en reposición, no prazo dun (1) mes, ante o mesmo órgano de contratación ou ser impugnados directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. 52. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, resolveraas o órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora da dita xurisdición. 53. MODELO DE PROPOSICIÓN Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................, titular do DNI.................., expedido o.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ................................. (CIF- núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono...................., segundo acredito mediante un poder debidamente bastanteado. Tras ser informado do anuncio para adxudicar mediante o procedemento aberto o contrato correspondente á CONSTRUCIÓN E EXPLOTACIÓN DUN APARCADOIRO SUBTERRÁNEO E á REMODELACIÓN DA RÚA LUIS ROCAFORT con estrita suxeición ó anteproxecto, os pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta na súa totalidade. Ofértanse as seguintes condicións económicas: -O canon total anual para satisfacer é de_______________________euros/anuais, sendo o importe por praza anual de _________________euros/praza. -Ofértase un prazo de outorgamento da concesión de __________anos. -A porcentaxe de control de calidade das obras ofertado é de____________ IMPORTE SEN IVE PREZOS CESIÓN TARIFAS DE ROTACIÓN Tarifas de inverno Horario diúrno Horario nocturno Tempo Importe sen IVE Importe sen IVE Minuto ou fracción de minuto (tempo real) 30 minutos 60 minutos Tarifas de verán Horario diúrno Horario nocturno Tempo Importe sen IVE Importe sen IVE Minuto ou fracción de minuto (tempo real) 30 minutos 60 minutos TARIFAS DE ABOAMENTO Mensual (só temporada de inverno) Importe sen IVE Tarifa de aboamentos 24 horas Tarifa de aboamentos diúrnos ANEXO I-FÓRMULA DE VALORACIÓN ANEXO II-DECLARACIÓN RESPONSABLE D./Dna...........................................................co DNI , en nome propio, ou en representación da empresa..............................................................., co NIF/CIF nº............................................., declara baixo a súa responsabilidade: Que tanto a compañía mercantil á que representa, como os administradores e representantes desta, teñen plena capacidade de obrar, de acordo co disposto no artigo 43 da Lei 30/2007, atopan comprendidos en ningunha das causas de prohibición para contratar enumeradas no artigo 49 da citada Lei. Na data actual declara que a compañía mercantil á que representa: Está dada de alta e ó corrente no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, ou ben se atopa nalgún dos supostos de exención regulados no artigo 82 do Real decreto lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Atópase ó corrente do cumprimento dos deberes tributarios co Estado. Atópase ó corrente do cumprimento dos deberes tributarios coa Deputación Provincial de Pontevedra. Atópase ó corrente do cumprimento dos deberes coa Seguridade Social. Que coñece o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas que serven de base o contrato, e que os acepta incondicionalmente. En ..............................,.......... , de .........................de 2011 (lugar, data e firma do licitador) PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARTICULARES CLÁUSULA 1ª.-OBXECTO DO CONTRATO. 1º) O concurso ten por obxecto a contratación da concesión de obra pública consistente na construción e subseguinte explotación do estacionamento subterráneo en terreos de dominio público, no subsolo de rúa Luis Rocafort (Sanxenxo) e a urbanización da zona. 2º) O proxecto de construción do estacionamento axustarase ás determinacións básicas do anteproxecto de obras redactado pola Deputación provincial, aínda que os licitadores poden introducir as modificacións que estimen convenientes sempre que non alteren os parámetros esenciais do anteproxecto, e se axuste a este prego de prescricións técnicas particulares. 3º) A explotación e xestión das obras e instalacións do estacionamento construído axustarase ó establecido no prego de cláusulas administrativas particulares e á regulamentación do servizo. CLÁUSULA 2ª.- CUSTO ESTIMATIVO DAS OBRAS. O custo estimado das obras de construción do aparcadoiro cífrase en 7.345.782,37 € (IVE incluído), segundo o anteproxecto, tendo esta cantidade carácter orientativo. CLÁUSULA 3ª.- CONTIDO DO PROXECTO. PROXECTO XERAL E BÁSICO: 1º) O proxecto técnico a presentar coa oferta do licitador debe ser xeral e básico e axustarase ós parámetros esenciais do anteproxecto, debendo contar con toda a documentación propia deste tipo de proxectos, e incluirá inexcusablemente o Cadro de Prezos nº 1 (prezos unitarios en cifra e en letra) contendo todas aquelas unidades de obra que sirvan de base á elaboración do Orzamento, evitando no posible a utilización de partidas alzadas. Así mesmo conterá un Anexo no que se detallen de forma clara as solucións propostas para o mantemento do tráfico durante a execución dos traballos. PROXECTO DE EXECUCIÓN: 1º) O proxecto de execución será presentado polo adxudicatario debendo reunir toda a documentación esixida nos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas. O proxecto técnico de construción das obras do estacionamento subterráneo e as obras complementarias en superficie deberá ser redactado por técnico con titulación bastante que lle habilite para a súa elaboración, tendo en conta a natureza das obras e instalacións a executar. 2º) O proxecto técnico de construción será o suficientemente detallado para o seu estudo polos técnicos provinciais e municipais, podendo a Deputación Provincial esixir ó concesionario da obra que complete o proxecto con aqueles datos que resulten necesarios para un mellor coñecemento, dando cumprimento á normativa de obrigada aplicación. 3º) A documentación técnica que debe integrar o proxecto de execución será a esixida pola Lei de Contratos das Administracións Públicas co seguinte detalle: a) MEMORIA descritiva e valorada do conxunto das obras, instalacións e demais elementos que especificarán as técnicas de construción adoptadas para o baleirado da escavación, cimentación e muros perimetrais, acompañando anexos referidos ó cálculo de estruturas. b) PLANOS acoutados das obras proxectadas co seguinte detalle: - De situación a escala 1:1000 - De conxunto a escala 1:100 - De seccións a escala 1:50 - Alzados a escala: 1:50 - Accesos e sentido circulación: 1:100 e 1:500. - Planos de planta: deberán acoutarse e grafiarse o número de prazas, a súa distribución e modalidades, o ancho das rúas de circulación, a pendente das ramplas e os seus radios de xiro. - Planos de instalacións necesarias e cantos sexan necesarios para a definición dos elementos, incluídos os de reposición de servizos. c) PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARTICULARES. Nel farase unha descrición das obras e regularase a súa execución con expresión da forma en que esta levará a cabo, a medición de unidades executadas e o control de calidade. d) O ORZAMENTO comprenderá tanto o conxunto das obras como o de cada un dos seus elementos integrantes con expresión dos prezos unitarios e dos descompostos. e) PROGRAMA referido ó desenvolvemento dos traballos e comprenderá o plan de execución de obras detallado onde se concrete a execución dos tramos, as reposicións de servizos e as restricións e desvíos do tráfico. f) O REFORMULO. Este documento conterá as referencias de todo tipo nas que se fundamentará o reformulo da obra. g) ESTUDO DE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO nos termos regulamentariamente establecidos para este tipo de obras. h) OUTRA DOCUMENTACIÓN. Canta outra documentación veña prevista en normas de carácter legal ou regulamentario, especialmente a referida á accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas. CLÁUSULA 4ª.- CONDICIÓNS BÁSICAS DO PROXECTO TÉCNICO. Terán a consideración de condicións básicas do proxecto técnico de construción (básico e de execución): 1) Os parámetros esenciais do anteproxecto de obras redactado pola Deputación. 2) A normativa do Plan Xeral de Ordenación Urbana relativa a aparcadoiros. 3) A normativa vixente sobre protección contra incendios en edificios. 4) A norma tecnolóxica da edificación sobre cubertas transitables e adecuada impermeabilización. 5) Lei 8/97 de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia e o Decreto 35/2000 polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei 8/97, cuxo cumprimento garante a inexistencia de barreiras arquitectónicas para minusválidos en accesos e saídas de peóns. 6) Normativa vixente para a protección do medio ambiente contra a contaminación acústica, co fin de evitar o impacto acústico no espazo urbano dos elementos de ventilación. CLÁUSULA 5ª.- NÚMERO DE PLANTAS E CAPACIDADE DO APARCADOIRO. 1) O número de prazas a prever no aparcadoiro da Rúa Luis Rocafort (Sanxenxo) estímase en 372 prazas de 5 metros por 2,50 metros, distribuídas en 184 no primeiro soto (181 máis 3 para minusválidos) e 188 (185 máis 3 para minusválidos) no soto inferior. Non en tanto, o número mínimo de prazas a reservar para persoas discapacitadas e as súas dimensións será o sinalado no antedito Decreto 35/2000, podendo establecerse a reserva nunha ou varias plantas, a criterio do licitador. 2) O número de plantas baixo rasante de aparcadoiro establécese en dous. 3) Terán que preverse os espazos para oficinas, aseos, vestiarios e sala de máquinas. CLÁUSULA 6ª.- DIMENSIÓNS DE DÁRSENAS E RÚAS INTERIORES: 1) As dimensións mínimas das prazas de aparcadoiro serán de cinco (5,00 m) metros de lonxitude por dous metros cincuenta centímetros (2,50 m) de anchura, sen prexuízo de que poidan ser inferiores en supostos excepcionais xustificados para o aproveitamento do espazo. 2) O ancho das rúas interiores terá unha dimensión mínima de cinco metros (5,50 m), definido no anteproxecto. CLÁUSULA 7ª.- ACCESOS. 1) No aparcadoiro baixo rasante de rúa Luis Rocafort (Sanxenxo) o acceso de vehículos realizarase por ámbolos sentidos da mesma. Os accesos de peóns estableceranse en superficie de forma que non supoñan unha ruptura na unidade da praza, e a súa distribución no interior do aparcadoiro dará cumprimento ás especificacións da normativa NBE CPI-96, “Condicións de protección contra incendios nos edificios”. Deberá contar cun ascensor que dea cumprimento á normativa sobre eliminación de barreiras arquitectónicas. 2) Atenderanse coidadosamente as condicións de acceso de minusválidos a todas as plantas de aparcadoiro o que leva o uso de ramplas aptas para os mesmos ou o emprego de ascensores aptos para o devandito uso. Os ascensores terán parada en todas as plantas do aparcadoiro aínda que non dispoñan de prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida, con obxecto de facilitar o acceso de anciáns, nenos e de todos os usuarios en xeral. 3) Os accesos tanto de circulación como peonís do estacionamento poderán variarse no proxecto presentado polos licitadores. CLÁUSULA 8ª.- URBANIZACIÓN. O ámbito de actuación corresponderase co detallado nos planos do anteproxecto. O anteproxecto establece unha reserva económica destinada á urbanización superficial do ámbito de actuación. O proxecto básico a presentar polos licitadores poderá mellorar a devandita reserva. Os prezos das partidas de obra civil e de edificación que compoñan o orzamento das obras de acondicionamento superficial serán os expresados no banco de prezos de obra civil de Galicia (BDO) e no banco de prezos da construción de Galicia (BDC) respectivamente, correspondentes ó presente ano cando non veñan recollidos no cadro anterior. A ordenación, organización e deseño dos accesos rodados, peonís, saídas de ascensor en superficie e, en xeral, todos aqueles elementos que emerxan da rasante do terreo deberán contar coa aprobación previa dos técnicos designados pola Deputación Provincial de Pontevedra para ese efecto. Deberá ser presentado para a súa autorización previa por parte dos técnicos designados para ese efecto por parte da Deputación Provincial de Pontevedra un estudo de impacto acústico no espazo urbano de todos os elementos de ventilación. CLÁUSULA 9ª.- ENERXÍA DE URXENCIA. Para asegurar o normal funcionamento das instalacións do aparcadoiro alimentadas por enerxía eléctrica, disporase dun sistema de enerxía de urxencia que forneza esta cando eventualmente se produza un corte na rede da compañía subministradora. CLÁUSULA 10ª.- VENTILACIÓN. 1) Nas zonas accesibles ó público asegurarase un mínimo de 15 m3/h por cada m2 de superficie de aparcadoiro. Se por algunha causa este mínimo fose insuficiente para que a concentración de CO2 quede rebaixada a 100 partes por millón, aumentarase a capacidade da instalación ó valor necesario. O equipo de ventilación deberá poder pararse ó detectar un incendio. A desembocadura da evacuación dos gases distará como mínimo 3 metros da zona de tránsito de peóns. 2) No centro de transformación e grupo electróxeno a ventilación dos seus locais será independente da xeneral antes descrita. CLÁUSULA 11ª.- ILUMINACIÓN. Adaptarase ós seguintes niveis de intensidade luminosa: - Zonas de aparcadoiro 50 Lux - Zonas de circulación de vehículos e peóns 100 Lux - Embocaduras de ramplas 300 a 500 Lux. CLÁUSULA 12ª.- REPOSICIÓN DE SERVIZOS AFECTADOS. 1) Calquera servizo público municipal ou doutros organismos que puidesen existir na zona afectada polo estacionamento, trasladaranse por conta do concesionario. 2) No proxecto especificaranse os servizos afectados e a solución prevista para a súa reposición, quedando obrigado o concesionario á súa perfecta reposición. 3) Se aparecesen servizos non previstos no proxecto, o concesionario queda obrigado tamén á súa reposición. CLÁUSULA 13ª.- DIRECCIÓN TÉCNICA DO PROXECTO. 1) O concesionario da obra pública do aparcadoiro designará a un técnico, con titulación adecuada, para a Dirección Técnica das obras comprendidas no proxecto o cal se responsabilizará da correcta execución das mesmas, o que deberá comunicarse á Administración Provincial antes da comprobación da Acta de Reformulo. 2) Así mesmo deberá designar a un técnico con titulación adecuada para que asuma a subdirección técnica das obras axustándose ás instrucións do técnico antes citado. Correrá tamén a cargo dos técnicos antes citados a responsabilidade derivada do cumprimento da normativa sobre Seguridade e Saúde no Traballo. 3) A dirección técnica das obras de urbanización da superficie será asumida polo Inspector provincial das obras, designado ó efecto pola Deputación Provincial. CLÁUSULA 14ª.- EXECUCIÓN DO PROXECTO. O adxudicatario deberá executar as obras con arranxo ó proxecto técnico de execución aceptado pola administración provincial e aprobado pola Xunta de Goberno e ó prego de prescricións técnicas particulares, asumindo ademais, e ás súas expensas, as seguintes obrigacións: 1) Executar as obras necesarias para desvíos de liñas, conducións, redes de sumidoiros e demais servizos afectados polas obras, así como ó traslado de tódolos elementos recuperables ó depósito que dispoña a inspección provincial da obra. 2) Executar as obras e instalacións necesarias para a sinalización e regulación provisional do tráfico, mentres duren as obras. 3) Instalar, conservar e manter unha iluminación provisional mentres duren as obras. 4) Manter o acceso ás vivendas, garaxes e locais de negocio afectados polas obras, dispoñendo, de ser posible, pasarelas provisionais para vehículos e peóns. 5) Realizar os ensaios de control necesarios para asegurar a idoneidade de todos os elementos e os seus procesos de execución, así como a realización das correspondentes probas de carga e impermeabilización. 6) Realizar a reposición e adaptación de todos os servizos municipais afectados pola execución das obras. 7) Instalar conducións para facilitar a evacuación das redes de auga, iluminación, alimentación da enerxía, cables telefónicos e outros servizos de interese público. 8) Salvagardar, en todo momento, o normal funcionamento dos servizos públicos afectados polas obras, coas menores molestias posibles ós usuarios, tendo en conta a natureza da obra. 9) O concesionario asumirá a plena responsabilidade non só do bo fin das obras, senón tamén dos danos e accidentes que puidesen producirse como consecuencia da execución das obras. 10) O adxudicatario deberá comunicar á Deputación Provincial e ó Concello o inicio das obras e dar conta no prazo de tres días de todo achado casual de elementos de valor arqueolóxico. CLÁUSULA 15ª.- INSPECCIÓN DA OBRA. 1) A inspección facultativa da execución das obras estará a cargo dun funcionario provincial que designe a Deputación Provincial e con titulación suficiente para esa clase de traballos, o cal poderá efectuar cantas probas, análises e ensaios estime convenientes para o control das obras coa finalidade de asegurar a súa correcta execución e ademais deberá intervir na comprobación da Acta de Reformulo antes do inicio das obras e na acta de recepción unha vez rematadas as mesmas. 2) Dita inspección deberá advertir á Deputación Provincial por escrito cando ó seu xuízo lle pareza que non se vaian a cumprir os prazos previstos no programa de obras. 3) Os gastos daquelas probas ou controis, análises, etc. que se ordenen pola inspección técnica das obras, correrán por conta do concesionario. CLÁUSULA 16ª.- MANTEMENTO DOS SERVIZOS PÚBLICOS. O concesionario estará obrigado a manter en todo momento os servizos públicos existentes; calquera interrupción que sexa imprescindible reducirase ó mínimo e ha de ser previamente aprobada pola Deputación Provincial computándose a efectos do prazo da obra o atraso debido á non aprobación destas interrupcións. CLÁUSULA 17ª.- PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS E DA CONCESIÓN. 1º) O prazo total para a execución das obras do aparcadoiro será de DOCE (12) MESES empezándose a contar o prazo dende o día seguinte ó da firma da ACTA DE COMPROBACIÓN DO REFORMULO. Ó termo do prazo de execución da obra procederase á recepción das mesmas, establecéndose conxuntamente pola Deputación Provincial, o Concello de Sanxenxo e polo concesionario unha relación valorada e descritiva das obras realizadas. 2º) O prazo máximo da concesión será de 40 anos, contados a partir da autorización da Deputación Provincial para a entrada en funcionamento do aparcadoiro construído. Os licitadores poderán ofertar outros prazos de explotación co límite sinalado de 40 anos. CLÁUSULA 18ª.- MODALIDADES DE ESTACIONAMENTO E TARIFAS. As prazas do aparcadoiro da rúa Luis Rocafort (Sanxenxo) serán destinadas parcial ou totalmente a algunha das seguintes modalidades: 1. Prazas para aparcadoiro de cesión permanente. 2. Prazas de estacionamento para aluguer: a) Mensual b) Diúrno/nocturno c) Horario ou fracción (en rotación) O concesionario deberá destinar unha das plantas do aparcadoiro ó “réxime de cesión permanente”, percibindo o concesionario da obra pública como contraprestación as tarifas ofertadas e aceptadas na adxudicación da concesión da obra, as cales terán o carácter de máximas, sen prexuízo de posteriores revisións. De non completar a devandita planta con usuarios en réxime de cesión permanente, poderá destinar as prazas sobrantes ó aluguer en calquera das súas modalidades, incluíndo a rotación. As tarifas esixibles ós usuarios que ofertarán as empresas licitadoras, fundadas nun estudo económico da explotación, serán as seguintes: a) Por cesión do dereito de uso permanente en exclusiva por un prazo igual ou inferior ó da concesión. b) Cota mensual por gastos de conservación, mantemento e explotación ós cesionarios de prazas en réxime de uso permanente. c) Tarifas por aluguer mensual mediante aboamento, en modalidade nocturna, diúrna ou completa. d) Tarifas por aluguer horario ou fracción. As achegas económicas esixidas ós usuarios polos conceptos anteriores en ningún caso serán superiores ás propostas pola empresa e aceptadas pola Administración Provincial na adxudicación, sen prexuízo de posteriores revisións. As achegas que realicen os usuarios polos anteriores conceptos, non confiren ós mesmos ningún dereito respecto da propiedade.” 8.6058.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO SOLICITANDO COLABORACIÓN ECONÓMICA DA DEPUTACIÓN NO FUNCIONAMENTO DO CENTRO DE EMERXENCIA PARA MULLERES VÍTIMAS DE MALOS TRATOS (VIGO) Sr. Presidente.- Moi ben, punto número 8. Moción do grupo provincial do Bloque Nacionalista Galego solicitando colaboración económica da Deputación no funcionamento do centro de emerxencia para mulleres vítimas de malos tratos (Vigo). Ten a palabra o D. Francisco Alonso. Sr. Alonso Pérez.- Bo día. Na propia exposición de motivos da moción e na solicitude quedan aclaradas, polo tanto vou a dar lectura á moción: Actualmente a cidade de Vigo conta cun dispositivo de acollemento de mulleres vítimas de violencia de xénero, que consiste nun Centro de Emerxencia para mulleres vítimas de malos tratos, xestionado polo Consorcio Galego de Igualdade e de Benestar da Xunta de Galicia, a través dun convenio co concello de Vigo, e dunha rede de pisos municipais como paso posterior cara unha normalización da vida das mulleres que sofren violencia de xénero. O Centro de Emerxencia atende a mulleres de todo o país, por ser de xestión autonómica, pero reserva, na práctica, unha serie de prazas para as mulleres da cidade de Vigo, dada a importancia da achega do concello de Vigo a este servizo, situado nun edificio de titularidade municipal, e, xa que logo, é este concello o responsable do seu mantemento, e cunha partida orzamentaria anual de 266.000€. Segundo o que nos comunica o xerente do Consorcio na última xuntanza da comisión de seguimento do Centro de Emerxencia, que tivo lugar o 23/12/2010, a falta de contabilizar os gastos correspondentes ó mes de decembro, estimaba que o custe do dispositivo ata ese momento para o ano 2010 fora de 300.000€. Como podemos comprobar por estes datos, a achega do concello de Vigo resulta desproporcionada, algo no que coinciden tanto a responsable da Concellería de Igualdade como a Secretaría Xeral de Igualdade como o Xerente do Consorcio. De aí que xa hai tempo se veña pedindo por parte da Xunta de Galiza a colaboración económica da Deputación de Pontevedra, sen obter resposta ningunha ata o momento. De feito está pendente unha modificación do Convenio, acordada na reunión da comisión de seguimento que se celebrou en 2009, á espera da resposta da Deputación de Pontevedra, esta achega económica estaría xustificada por varias razóns; en primeiro lugar, atendendo á memoria presentada pola directora do Centro sobre o funcionamento do servizo ó longo de 2010, a procedencia maioritaria das usuarias é a provincia de Pontevedra, o 51%, excluído o concello de Vigo; e en segundo lugar, o feito de que agora mesmo a Deputación non financia ningún recurso de acollemento de mulleres vítimas de violencia de xénero, xa que rexeitou colaborar co concello de Vigo no mantemento da rede municipal de pisos e aínda non deu resposta ningunha a Xunta sobre a súa colaboración co Centro de Emerxencia. Cómpre lembrar tamén que actualmente os recursos da cidade de Vigo son os únicos de toda a provincia pois logo de pechar a Casa de Acollida de Vigo (á que a Deputación achegaba 100.000€ anuais) pechou tamén a Casa de Acollida de Pontevedra e o piso da asociación Alecrín, coa cal a Deputación asinara un convenio de 55.000€ en xullo de 2009. Por todo o exposto, o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra acorda: Dar unha resposta inmediata e satisfactoria ás repetidas solicitudes realizadas pola Xunta de Galiza de colaboración económica co funcionamento do Centro de Emerxencia para mulleres vítimas de malos tratos. Ben, pola exposición de motivos si a petición queda clara, hai unha petición directamente do propio consorcio, e vexo que o Presidente da Deputación que dedica moito tempo a darse loas a si mesmo, e con tal, espero, que á parte de non escoitarme, que tome a decisión positiva, a algo que demandan as mulleres que padecen esta situación de malos tratos, e sexa unha posición positiva e en vez de falar e poñerse flores que atenda ás necesidades dos cidadáns. Nada máis. Sra. Pedrosa Silva.- Muy buenos días a todos e a todas. Creo que no ha analizado exactamente bien, el Sr. Alonso, las funciones que realiza la Diputación de Pontevedra, que realizó en el pasado y que realizará en el futuro y en el presente en relación a las mujeres, que por desgracia sufren malos tratos en sus propias carnes, como se suele decir. Quizás, y siempre lo decimos, que cuando una persona sufre malos tratos por aquella que la eligió para que la quiera, pues es una de las situaciones más duras que puede vivir una persona en su vida y en su trayectoria. Dicho esto, la Diputación de Pontevedra tiene un departamento de servicios sociales donde realiza muchísimas actividades, muchas ayudas y muchas colaboraciones, con mujeres víctimas de malos tratos y con otros muchísimos colectivos día a día, mes a mes, y con un presupuesto perfectamente diseñado, programado y actuado, entre ellos, nos hacemos cargo, como usted bien sabe, de la teleasistencia para las mujeres víctimas de malos tratos de la provincia de Pontevedra, nos hacemos cargo o colaboramos con la Rede de mulleres maltratadas de Vigo, de Pontevedra, como usted sabe tenemos convenios para mantenimientos de casas de acogidas de mujeres en la Guardia, en Vigo, en el hogar de Santa Isabel, etc. No tenemos ninguna petición por escrito, aunque si, conversaciones con la Xunta de Galicia acerca de poder colaborar o financiar un centro como usted bien dice, de ámbito gallego, que decidió instalar con el concello de Vigo en Vigo, en un momento determinado, al cuál, por cierto, nunca nos pidieron participación ni colaboración, ni tan siquiera nos hablaron de le necesidad o la oportunidad de crearlo ahí, ni nos invitaron a su inauguración, ni nada parecido. No quita que no se pueda colaborar, con una u otra actividad, pero este caso es un centro como usted dice en su propia moción, de ámbito autonómico cuya competencia es del consorcio, igual que nosotros dentro de nuestro presupuesto asumimos la totalidad, cosas competencia de una u otra administración, por ejemplo las mismas conversaciones que tenemos en materia de mantenimiento de esa red de emergencia las tenemos, el mantenimiento de Príncipe Felipe, que mantenemos prácticamente la totalidad, la Diputación de Pontevedra la Diputación de Pontevedra aunque acojamos a niños de toda Pontevedra, Galicia, España y del mundo, y mandados por la Xunta de Galicia. Con lo cuál, nuestro presupuesto está determinado para este año 2011 en que se va a gastar cada una de las partidas Acción Social, creemos que es una competencia del consorcio que realiza en colaboración con el concello de Vigo, no tenemos ninguna petición por escrito de la Xunta de Galicia, pese a que usted dice, reiteradas peticiones, no tenemos ninguna, puede usted presentarlas en registro, ni tampoco del concello, si hubo conversaciones, con la Secretaría de Igualdad, acerca de la posibilidad de colaborar en la financiación de uno u otro, hemos apostado este año por colaborar en el centro de acogida de mujeres en riesgo de exclusión de Vigo, como dije, y de la casa de acogida de La Guarda, que tiene a 9 mujeres en este momento, el presupuesto lo tenemos establecido para el 2011. De todas formas cuando tengamos alguna solicitud, alguna petición, alguna explicación y demás, se valorarán en su momento, en este momento no vamos a apoyar la moción. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. D. Francisco Xavier. Sr. Alonso Pérez.- Pola explicación que acaba de dar, parece que hai un desencontro dentro do Partido Popular, que non se comunican ben, a acta da xuntanza da Comisión de Seguimento do convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar Social e concello de Vigo, na acta, a propia Secretaria Xeral de Igualdade, manifesta os contactos que a Deputación de Pontevedra, de cara a solicitar a súa colaboración económica, e manifesta que está en espera da resposta. Eu creo que a Deputación, o que non pode é estar o Sr. Presidente, botándose horas, loas a si mesmo, e cando hai unha demanda e unha necesidade non atendela, iso é o problema. Eu non creo, non estou disposto a seguir perdendo o tempo en discusións bizantinas, vostedes o que teñen que facer é o seguinte, hai unha petición do seu propio partido, do seu propio partido, no consorcio, o representante do Partido Popular e a Secretaria Xeral de Igualdade, de que hai unha necesidade dunha casa de acollida, que atende a mulleres de toda Galicia, e fundamentalmente de Pontevedra, da axuda económica, vostedes non lle dean voltas, apoian iso ou seguen mirando para outro lado, cando eu estaba falando deste tema, o Sr. Louzán estaba falando co Interventor, non lle interesa este tema, e iso é o problema, ese é o problema, o que ten que facer é contestar á demanda, si ou non, e non seguir poñéndose loas, porque falan de efectividade e cando veñen os problemas reais non os atenden. Iso é o que teñen que facer, respondan por favor, si ou non, porque están á espera da Deputación, o Consorcio de Igualdade e o concello de Vigo, que teñen unha casa de acollida, onde se está atendendo un problema moi grave, a mulleres de toda a provincia e todo Galicia, respondan si ou non, iso é o que teñen que facer. Sr. Presidente.- Sra. Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Perdone, Sr. Alonso, nosotros sabemos perfectamente lo que tenemos que hacer, ya le dije antes, que tuvimos alguna conversación, igual que tuvimos conversaciones en otras ocasiones para que el consorcio financie la guardería del Príncipe Felipe, que por cierto no la financió en épocas pasadas, y lo asumimos en su totalidad, entonces cada institución que decide abrir un centro, poner en marcha, tiene que ser consecuente con ello. En este momento nosotros tenemos determinado, que vamos a invertir, como le dije, más de 10 millones de euros en el centro de Príncipe Felipe; más de 2 millones de euros en ayudas a distintos colectivos del ámbito social; otros 500.000 euros a distintos colectivos, entre los cuales están casi todas las asociaciones de ayuda a maltrato de la provincia. Hemos decidido en un pleno, aprobado aquí, en qué vamos a invertir este año el presupuesto de Acción Social. Nosotros no atendemos a demandas de su partido, aquí hablamos de instituciones, el consorcio tiene unas funciones, unas competencias, ha decidido colaborar en unos años, en el centro de la casa de acogida de Pontevedra, ha decidido no colaborar ahora en la casa de acogida de Pontevedra, etc. No nos metemos en qué determina y qué competencias son las que rigen y en qué debe invertir su dinero el consorcio, porque yo, pese a pertenecer al mismo partido político que lo gobierna, pues no manejo sus presupuestos. Creo que cada uno debe respetar las competencias, los presupuestos y las decisiones que en un momento determinado se realizan en cada institución, nosotros hemos decidido apoyar con toda la contundencia del mundo, a las mujeres víctimas de malos tratos en unas áreas de actuación que tenemos totalmente definidas. Tenemos un programa, si quiere le explico todas las acciones que realizamos en la provincia en eso, para lo cuál no le pedimos ayuda ni al Consorcio, ni por cierto al concello de Vigo, y las asumimos en solitario, y en esa es en la determinación que estamos en este momento. De todas formas, pese a que en esa comisión de seguimiento a la que no nos invitan a participar, ni nos invitaron nunca, ni el Consorcio ni el concello de Vigo, que dicen que hablaron que le van a pedir una subvención a la Diputación, es cierto, ya se lo dije, que hemos tenido alguna conversación personal o telefónica con la Xunta de Galicia, con el Consorcio de la Secretaría de Igualdad a efectos de financiar unos u otros proyectos que realiza la Diputación, la Xunta y distintos concellos de la provincia. Pero no tenemos, ya digo, ningún proyecto, ni hemos rechazado ninguna actuación ni tenemos ninguna solicitud preescrita, y de momento en el año 2011 tenemos previsto en que invertir la partida consignada en el presupuesto para Acción Social y vamos a determinar con los criterios que hemos aprobado el equipo de gobierno al iniciar el año. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. D. Francisco Xabier. Sr. Alonso Pérez.- Non é cuestión de darlle voltas, aquí hai unha petición concreta, hai unha moción do BNG á Deputación, en base a que hai unha petición á súa dende a Xunta de Galicia, a través do Consorcio e do concello de Vigo, e polo tanto o que teñen que facer é manifestarse, eu lamentaría que dun problema tan grave a Deputación mire para outro lado. Nada máis e solicitar a votación. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Alonso. Sra. Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Ben, bo día. A ver, eu creo que o explicou suficientemente claro o Sr. Xabier Alonso, pero por se acaso. Estamos falando do centro de emerxencia para atender a mulleres vítimas de violencia de xénero, e na moción estase recoñecendo que si que hai conversacións, pero mentres están pensando e sigan falando, pois seguramente hai unhas mulleres que non lles importa absolutamente nada do que están falando nin o que están facendo. Mire, o que lle está pedindo é, que a Deputación, a colaboración económica da Deputación de Pontevedra, a colaboración económica da Deputación de Pontevedra, e non ten que darlle máis voltas, ás mulleres que están sufrindo problemas de violencia de xénero dálles igual mentres están falando ou non, digan se van a votar a favor ou en contra. Tan fácil como iso. Sr. Presidente.- Gracias Sra. Abelairas. Ten a palabra a Sra. Pedrosa. ¡Ah!, xa está. Procedemos polo tanto á votación do punto número 8. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego solicitando colaboración económica da Deputación no funcionamento do Centro de emerxencia para mulleres vítimas de malos tratos (Vigo). 9.6059.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO RELATIVA ÓS CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL NO CONCELLO DE VIGO Sr. Presidente.- Punto número 9 da orde do día. Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego relativa ós campos de fútbol de herba artificial no concello de Vigo. D. Francisco Xabier Alonso. Sr. Alonso Pérez.- Bo día. Aquí vemos nesta moción, vemos outra vez a falta de capacidade por un lado, esas loas continuas de boa xestión, e logo a incapacidade de cumprir cos compromisos adquiridos por escrito. O concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, a través duns convenios, construíronse os campos de herba artificial na cidade de Vigo, e nas cláusulas 5ª e 6ª deses convenios, quedaba comprometida a Deputación a devolver as instalacións ó seu dono, quen accedeu para facer as obras, que é o concello de Vigo, despois de catro anos de mandato e dunha petición escrita miña, e dunha intervención miña aquí, solicitando, vai a rematar o mandato, e a Deputación mostra a súa incapacidade para resolver algo que tiña que ter resolto. É, ¿quen padece iso?. Os clubs, as entidades deportivas, porque na cláusula 6ª, que acompaña á 5ª, da devolución unha vez rematadas as obras, se concretaba cal era o criterio de mantemento dos campos, e se acordaba que o 75% do mantemento o faría a Deputación e o 25% restante o concello de Vigo. Pois o que se está facendo con iso, como non houbo maneira, non hai maneira de que a Deputación cumpra o seu compromiso co concello de Vigo, mantendo, practicamente en solitario, as necesidades de mantemento. Entón, o que se solicita no escrito é moi claro: 1º. Que se deixen de dar voltas e de falar e executen o que teñen que facer por convenio, que se execute a devolución administrativa ó concello de Vigo, e acordar o proceso para que se cumpra o mantemento do 75% por parte da Deputación e o 25% por parte do concello de Vigo, do mantemento dos campos. Iso é o que solicita a moción, que penso que está clara, e polo tanto o que había que facer é efectivizala e non seguir dándolle voltas ás cousas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Alonso. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, hai un refrán galego que di, “tarde piache”, resulta que o goberno de Vigo se entera agora, despois de tres anos e once meses gobernando, que hai un problema cos campos de fútbol. Eu, de verdade, estou sorprendido, cando lin a moción, e me dixo o Presidente que había esta moción, dixen así: mira como funciona o concello de Vigo. Resulta que hai 9 campos en funcionamento e dous máis en marcha, once nos últimos anos, construídos pola Deputación, con algunha axuda do concello, e resulta que o concelleiro de Deportes, se entera 3 anos e 8 meses despois, que hai que cumprir os mantementos dos campos, o problema que pasa é que o concello non se entera, que o mantemento dalgún deles o estamos facendo dende a Deputación, axudando ós equipos de fútbol, iso é o que lle sucede. Claro, sucede que cando un me evalúa a xestión e di, e o concello de Vigo con 90 millóns de euros do plan E, ¿cantos campos fútbol fixo?. Un. A Deputación sen plan E, ¿cantos vai a facer no concello de Vigo?. 11. É problema de un nada máis, un, un contra once, ese é o problema. Mire Sr. Alonso, a súa forma de comportarse chegou ó ridículo tan espantoso que andan chamando ós campos de fútbol, como fixemos agora, un mundialito da inmigración, que vostedes se din de chamar de progreso, que non os atenderon para nada, como agora hai un mundialito, onde participan todos os inmigrantes, aproximadamente 1.500 inmigrantes, que non teñen actividade, que vostedes non lla deron, están chamando ós clubs, que non lle deixen á Deputación os campos, porque senón as verán con eles. Así é como utilizan vostedes o poder, eu non lle vou a entrar en máis consideración, só lle digo, que vostedes fixeron un campo no seu mandato con 90 millóns de euros do plan E, e nós fixemos 11, dous máis que se van a inaugurar agora, nos últimos anos. Esa é a diferenza, e claro, cando vostede fala de que no concello de Vigo non inviste a Deputación, minte, e xa ninguén o cre, porque cando se vai por todas as parroquias de Vigo, de unha en unha, pois está alí o apoio da Deputación, cousa que vostedes non fixeron nin pistas polideportivas. Cando lle digo que a Deputación de Pontevedra investiu nos últimos anos en torno a 15 millóns de euros en Deportes, pois non o cre, pero ¿sabe por que?, porque non se enteran, non é que non o saiban, ou que actúan de mala fe, é que non se enteran, é que non coñecen os datos, non o saben, ese é o gran problema que ten, e agora, despois de tres anos, de non sei cantas reunións cos seus técnicos poñendo pegas para non recibir os campos, facendo matizacións, poñendo problemas continuamente, vostede me vén despois de tres anos e dez meses, a dicir que os campos de fútbol hai que entregalos administrativamente. ¿Sabe o que lle preocupa ás familias, ós clubs deportivos?. Que teñen o campo de fútbol de herba, non lle preocupa quen o xestiona, se o ten a administración A, se o ten a B, se o ten a C, iso é o de menos, é a cuestión menor. ¿Sabe o que tiña que facer vostede aquí?, unha moción para agradecer á Deputación o traballo que fixo polos campos de fútbol, e polo deporte da cidade de Vigo, iso é o que teñen que facer, que teñen o campo de Coia que dá pena, dá pena, pero a vostedes lle dá igual, lle dá igual. ¿Dígame vostede cantos campos de fútbol fixo vostede gobernando a cidade de Vigo?. Dígamo. Eu llo digo, 1 contra 11. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Alonso. Sr. Alonso Pérez.- Mire, o Sr. Chema Figueroa ten o costume de falar sen saber o que fala, e iso é moi perigoso, non sabe do que fala. Mire, vostede está dicindo que me acordo agora ó final do mandato, a pedir isto, e resulta que o 28 de xaneiro do ano 2008, o fixen por escrito. Vostede non sabe nin o que di, está falando do campo federativo de Coia, que é un campo da Federación, que vostedes, ademais publicitaron de que o ían arranxar, vostede non sabe do que fala. Mire, ¿vostedes saben en que gastan o diñeiro?. Gastan o diñeiro en publicidade para crerse as súas propias mentiras. Miren, vostedes sacaron 14 páxinas, … si, si, si, llo vou a dicir para que o saiban os cidadáns. Miren, gastaron 14 páxinas de prensa nas últimas semanas, mentindo, dicindo mentiras, e vostedes pensan que por gastar máis diñeiro mentindo van a convencer a alguén, pois van a ter que gastar moitas máis, van a ter que gastar moitas máis. Miren, vostedes menten en publicidade institucional dunha maneira descarada, menten, din vostedes aquí; “la nueva cara del fútbol en la ciudad”, e ó mellor vostedes as súas mentiras as cren, construímos nove campos de fútbol, é mentira, estes campos de fútbol que relacionan se conveniaron co concello de Vigo, e vostedes ocultan o dato importante. Miren vostedes, ¿saben por que vostedes menten?, porque vostedes confunden institución con partido, vostedes cando conveniaron coa Sra. Corina Porro, pensaban que era o partido, mentira, era a institución, porque no ano 2006, no ano 2006, o 20 de novembro, o concello de Vigo, pagou para os campos de fútbol que vostede está falando agora, que non sabe nin o que fala, nin o que fala, porque tanto mentir con diñeiro público; se chegan a crer as súas propias mentiras, se chegan vostedes a crer as súas propias mentiras. Mire, lle vou a ler, para que se entere dunha vez, mire, campo de fútbol de Cabral, que vostede di que o fixo a Deputación nun anuncio pagado, o concello de Vigo 120.000€; campo de fútbol de Candeán, vostedes din con diñeiro pagado dos cidadáns que o fixo a Deputación, 120.000€; campo de fútbol de Comesaña, que vostedes din con diñeiro pagado dos cidadáns, que o fixeron vostedes, o concello de Vigo 120.000€; campo de Sárdoma, que vostedes din que é con diñeiro da Deputación, convenio concello de Vigo 120.000€; campo de Valladares, que vostedes minten, facendo publicidade pagada, que o fixo a Deputación, concello de Vigo 120.000€. Segundo convenio, neste convenio xa dicía que a Deputación tiña que entregar os campos ó dono que é o concello de Vigo, aínda non o fixeron, porque como cambiou o color político, vostedes como ven soamente o color político, non ven institucións, non respectan as institucións, vostedes non respectan nada, non respectan nada. Vostedes teñen un concelleiro de Deportes que como non é do seu partido, non conveniaron, andiveron escondidos ás firmas cos equipos, cos equipos, os últimos cambios, campos de herba sintética, cando antes o color era ese si, si pactaban e conveniaban, pero vostedes seguen mentindo, vostedes seguen mentindo. Miren vostedes, o seguinte convenio 15 días antes das eleccións, que este concelleiro tivo que terminar 3 campos de fútbol, ríase, ríase agora, agora ríase, que están os datos encima, mire, 3 campos de fútbol: Bouza, Teis e Meixoeiro, 285.000€. ¿Quedou claro quen fixo os campos de fútbol?. Un convenio da Deputación e o concello de Vigo, non segan pagando 14 páxinas para enganar á xente. Pero miren a onde chega o seu engano, se en Vigo se están rindo de vostedes, porque mire vostede a onde chega o seu engano, mire, sacan unha foto, din que o paga a Deputación e aparecen as mulleres do equipo feminino de fútbol do Coruxo, aparece Oscar Pereiro, que fichou polo Coruxo de fútbol e aparece a Sra. Corina Porro, e a xente se ri e di, ¿por que aparece aquí?, ¿fichou polo Coruxo a Sra. Corina Porro?, fichou polo Coruxo, porque está aquí nun anuncio da Deputación. Vostedes non teñen vergonza, gastar o diñeiro público, dicir da Deputación e poñer unha señora que non é deputada ó fronte do equipo do Coruxo de fútbol feminino, non teñen vergonza, e como isto está claro e non quero seguir reiterando, non volvo a dicir que ó final do mandato, porque fixen a petición en xaneiro, son vostedes incapaces, incompetentes, non fixeron o que tiñan que facer, fan publicidade pagada con diñeiro público que é vergonzoso, a min me caería a cara de vergonza, e cando vostede queira, Sr. Chema Figueroa, lle explico o que gastou o concello de Vigo en infraestruturas deportivas e alucinará, porque vostede diso non entende, vostede só entende en meter herba sintética a campos que os paga o concello de Vigo e logo pagar publicidade. E mire unha cousa, eu non veño aquí a perder o tempo discutindo con vostedes, estou farto de estar sentado escoitando as loas que se bota o Presidente da Deputación, que parece aquí o Ministro de non sei que, e logo non fai nada, é incapaz de xestionar a primeira cousa, entón, non sigan por esa vía, eu son unha persoa, me chamou radical, a última vez que veñen aquí, radical é el, por facer ese tipo de política. Déixense de falar e fagan o que teñen que facer, entreguen os campos ó propietario que é o concello de Vigo e chegue ó acordo do mantemento, iso é o que teñen que facer e deixar de poñerse flores; é que estou canso de ver como se poñen flores e logo non son capaces de facer nada, non apoian ós Centros de emerxencia de mulleres, non son capaces de resolver nada, en materia deportiva son uns incompetentes, e aínda por riba, estar horas e horas aquí aturándoos do ben que o fan. Xa está ben. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa, ten vostede a palabra. Sr. Figueroa Vila.- Cada día teño máis claro que van a perder as eleccións, porque con ese nerviosismo é imposible gañalas. Mire, se nós cos carteis que fan vostedes, coa publicidade que fagan vostedes, ese libriño que acaban de facer agora hai, fai uns días, con todos os panfletos da alcaldía, lle fixeramos caso, teríamos un infarto. Hoxe, lía por alí que ben un artigo sobre o infarto ou non sei que, que fala o doutor Cota e Ramón Mantilla e non sei quen máis, do infarto, falan do infarto, eu creo que necesitaba ler ese artigo hoxe, vén alí nun periódico, nun periódico local, que fala do infarto. Mire Sr. Alonso, vostede ten un problema, e o problema é a realidade, que hai 11 campos feitos pola Deputación, apoiados polo concello, evidentemente, pero vostede sabe que os campos, … vostede sabe que os campos, … bueno, … non deixa falar, … vostede sabe que os campos, os campos custan 600-700 mil euros aproximadamente, vostede sabe que se fixeron varias reunións con algún técnico dirixido por vostede, que non quixo recibir os campos, non lle interesaba, e agora vén o problema, porque claro, a xente sabe perfectamente o que fixeron vostedes e o que fixemos nós, ese é o problema, é que non lle cren, ¿sabe cal é o problema?, que chegamos a Matamá, non lle querían facer o campo, llo prometeron, déronlle 80 voltas, e agora o campo está feito. ¿Sabe que pasou?, que chegaron a Beade, lle prometeron o campo e non llo fixeron, e agora está feito. Ese é o problema, e a xente o sabe, e claro, lle doe, lle doe porque son políticas normais, de facer infraestruturas para os máis pequenos e as máis pequenas, home, o que está facendo o concello de Vigo nos últimos días de prohibir que a Deputación organice un torneo, chamando ós clubs deportivos para que os inmigrantes non podan participar nun torneo, incluso ata o Celta, llo prohibiron ó Celta dicindo que era unha instalación que estaba cedida, e que tiñan que pedirlle permiso ó concello de Vigo. Mire, pois, vostedes teñen ese problema, que non fixeron instalacións, dedicaron os 90 millóns de euros ó que os dedicaron, e agora, ¿saben cal é o problema que teñen?, que se vai polas parroquias e falta abastecemento, falta saneamento, faltan ascensores, ascensores para a accesibilidade de certos centros culturais e sociais, etc.; e estiveron a Deputación, a través do medios, das súas parafernalias, e saben o que fixemos nós, traballar, durante dous anos e medio-tres, estivemos traballando día a día e corpo a corpo, e agora, pois claro, empezan a ver as enquisas e, ¡bum!, desplómanse, e, ¿por que se desploman?, porque é todo mediático; ¿saben como din nas aldeas?, é todo fume, fume, e detrás non hai traballo. E ese é o problema, ese é o problema que hai, que hai que patear, que hai que patear os clubs deportivos, hai que patear os centros culturais, hai que patear as parroquias de Vigo. Vostedes todo o deixaron, a publicidade, a propaganda, e agora veñen os problemas, e a vostede lle doe que apareza unha persoa, ou deixen de aparecer, pois miren, a invitaron os do club, porque a consideran, que lle vamos a facer, porque, ¿saben cal é o problema que teñen vostedes?, que a ese club que vostedes din, lle prometeron 150 mil euros e agora o teñen empufado, porque non lle pagan, non lle pagan nin os compromisos, é dicir, que o sabemos, non lle pagan nin os compromisos. Mire Sr. Alonso, nós sabemos o que estamos a facer, temos a conciencia moi tranquila, fixemos o noso traballo, e, ¿saben cal é o resultado?, 11-1, cando o melloren pois volveremos a falar. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Alonso, remate. Sr. Alonso Pérez.- É que cada cousa que di nova, incorpora, non sabe do que fala, non sabe do que fala. Acusa ó concello de Vigo, nós traballamos con rigor e con seriedade, nós non falamos por falar, nós non somos fala barato, Sr. Chema Figueroa, nós traballamos con rigor e seriedade. Mire vostede, vostede está dicindo que o concello de Vigo prohibiu un torneo internacional de inmigración, vostede non se entera, vostede non se entera, di vostede que o fixo a Deputación, vostede cre a súa propia mentira outra vez, iso di o anuncio pero non é verdade, porque quen solicitou este campionato é unha empresa privada, e me mandou un escrito á man, a min, solicitando, vostede non sabe nin do que fala, é unha empresa privada, cando queira lle digo que empresa privada é, porque vostede o sabe perfectamente, non é a Deputación. E, ¿sabe o único que lle pedimos?, ¿sabe que lle pedimos?, non, non ría, non ría, a min me pon nervioso a súa actitude de non resolver nada, e fala, fala, fala, claro que me pon nervioso, porque non son capaces de solucionar nada, e logo están todo o día botándose flores. Mire, nós o que lle pedimos a esa empresa privada que quixo organizar ese trofeo internacional é o normal, é un seguro para os inmigrantes, ¿lle parece moito pedir?, pedímoslle o seguro, se vostede sabe se ten seguro, ¿sabe vostede se os inmigrantes están xogando con seguro?. A empresa que llo organiza, que non é a Deputación, ¿lles esixiu a vostedes o seguro?. Preocúpese vostede diso en vez de rir, preocúpese diso, que é o que lle pedimos, e ademais no escrito que lle enviei, lle dixen que estaba encantado de que a Deputación fixera o trofeo internacional, está aí por escrito, porque nós non negamos a colaboración institucional, somos unha institución seria, que traballa con rigor, con rigor, e nós non confundimos partido con institución, para nós é respectable a Deputación de Pontevedra, e sempre o demostramos, sempre tivemos que dicirlles ás entidades deportivas que por nós non había ningún problema en conveniar coa Deputación, e tiven eu que pasar o bochorno de ter que marcharme dunha presentación dun Leb Bronce dun campionato que a Federación española, porque a Sra. Corina Porro estaba berrando de que non daba un euro se estaba o concello de Vigo alí. ¿Pero vostede de que está falando?. Nós somos unha institución seria, que respectamos e non vemos o color político á hora de pactar, de chegar ó acordo, con vostede chegamos ó acordo da festa do judo a petición miña, á Federación lle dixen, falade coa Deputación, que o facemos conxuntamente, nunca nos negamos. Entón, un pouquiño máis de rigor por favor, e de seriedade, e de seriedade, o que estou pedindo aquí é unha cousa razoable, que calquera institución a entendería, o 28 de xaneiro do ano 2008, mandei un escrito aquí a dicir que unha vez rematados os campos de fútbol tiñan que entregalos ó concello de Vigo, e temos que solucionar o problema do mantemento. E vostedes en vez de responder a iso, din que non me entero, que o entrego agora cando se fixo unha pregunta verbal, e aínda por riba vostedes o que fan é gastar diñeiro dos cidadáns en publicidade enganosa. Sexan serios unha vez, déixense de falar barato e resolvan os problemas que teñen os cidadáns, os clubs de Vigo teñen un problema co mantemento e queren resolver esta situación, e eu como concelleiro estou preocupado, porque vexo que vostedes antes conveniaban coa Sra. Porro, e agora co concello de Vigo nin auga, e iso é lamentable, é unha política mezquina, porque ademais teñen diñeiro, porque o diñeiro o gastan en publicidade, tiran o diñeiro en publicidade enganando á xente. Máis seriedade e máis rigor e menos falar por falar. Sr. Presidente.- Soséguese Sr. Alonso. Vamos a proceder á votación da moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego relativa ós campos de fútbol de herba artificial no concello de Vigo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego relativa ós campos de fútbol de herba artificial no concello de Vigo. 10.6060.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE MEDIDAS TENDENTES A PALIAR A DIFÍCIL SITUACIÓN ECONÓMICA DOS CONCELLOS Sr. Presidente.- Punto número 10. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre medidas tendentes a paliar a difícil situación económica dos concellos. Ten a palabra o Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ola de novo. O Grupo do Partido Popular presenta unha moción relativa ás medidas para paliar o déficit ante a situación económica difícil dos concellos. Vén motivada pola actual grave crise e a capacidade de pago dos contribuíntes, que se resenten gravemente todas as administracións, especialmente a local, e que temos que garantir unha eficiencia na prestación dos servizos públicos, loxicamente hoxe hai un evidente desaxuste entre as funcións reais que asumimos os concellos e as competencias normativas que temos, hai un desaxuste producido pola demanda social, de que hai que dar máis e mellores servizos e de máis calidade, e os gastos están agravados polo proceso de inmigración, que houbo nos últimos 10 anos, e tamén unha evidente falta de planificación concertada de recursos nos niveis de administración territorial, para un mellor e máis eficiente servizo ó cidadán, e moitas máis e outras cousas que enumera a propia moción. Pero o que non cabe dúbida é que o resume, é que é urxente de que o Goberno do Estado presente a lei básica e da administración local e un sistema axeitado do financiamento das facendas locais. Quedou sobre a mesa xa fai catro anos, hai catro anos o Goberno do Estado tiña encima da mesa unha proposta nova dunha lei de réxime local, pero a esa lei faltáballe o máis importante, que non falaba nada de financiamento. Tendo en conta que segundo estudos feitos por distintas entidades, como pode ser as distintas federacións territoriais, e a propia FEMP, cífrase en torno ó 30% de competencias que podíamos chamar impropias, é dicir, competencias que está facendo a administración local e que deberían facer outras administracións, sexan as autonómicas ou sexan as estatais, e que a estamos facendo as locais. Tamén hai que recoñecer que en parte por culpa da propia administración local, é dicir, como os concellos somos a administración que temos máis cerca de nós ó administrado, os problemas directos do cidadán sempre chegan antes a nós que a outros sitios, e ó final o que vén ocorrendo é que sempre chaman á nosa porta, á porta dos concellos antes que a outras portas, e ó final como queremos dar unha resposta satisfactoria terminámonos preñando de situacións, que non tiñamos nós que aguantar esa vela, pero que por proximidade do cidadán terminámola aguantando. Como eran épocas de bonanza, non pasaba nada, porque os concellos íamos collendo competencias que realmente non eran nosas, pero que as dabamos soportado porque había unha época dende o punto de vista económico razoablemente boa, o Estado ía medrando nos seus orzamentos, pois participación nos ingresos do Estado era razoablemente mellorada cada ano, as aportacións dos gobernos autónomos ata os concellos, aínda que non todo o que quixeramos os concellos, tamén se incrementaba cada ano, como podía ser o pacto local, aínda que non se cumprira na súa totalidade, pois si en parte se incrementaban as achegas, e logo o propio dinamismo que xeraba a actividade económica no propio concello, pois nas distintas taxas e impostos, pero basicamente nos impostos, pois coas taxas se ían cubrindo os gastos, e cos impostos, pois se recadaban máis dos que se recadan agora, co cal os concellos podíamos facer fronte dunha maneira razoablemente satisfactoria a aquelas demandas que tiñamos, incluso cumprindo competencias impropias, chega o momento onde nos apreta o zapato a todo o mundo, e onde hai que racionalizar o gasto, e onde certos ingresos que viñan deixaron de vir, e onde a participación de ingresos do Estado cae dunha maneira importantísima, e sobre todo o máis prexudicial para nós, para os concellos, e cos anticipos a conta, como son anticipos a conta, ó saír negativa a conta hai que devolvelos, hai que devolver o ano 2008, vai haber que devolver o ano 2009 e o ano 2010, e aínda que sexa certo que prorratean esas devolucións, a verdade é que son astronómicas e algúns concellos van a ter serias dificultades para unha vez que nos apliquen a redución, aínda que cha prorrateen en dous ou catro anos, para poderlle facer fronte ás súas necesidades vitais, co cal non lle arrendamos a ganancia á administración local salvo que haxa algún revulsivo, porque senón algúns concellos terán unha difícil situación incluso para pagar a nómina. ¿Por que?, porque dos anticipos a conta do 2008 hai que devolver unha cantidade de diñeiro importante, do 2009 tamén, se ben é certo que a prorratean en 4 anos, no ano, por exemplo no 2011 xa se van a xuntar dúas anualidades a devolver, pero no 2012 vanse xuntar 3 anualidades a devolver, porque a do 2009 é negativa, e a do 2010 vai a ser tamén negativa, e vai a ser negativa porque o propio Estado recoñece que no seu momento foi inflada, co cal está demostrado que vai a ser a máis negativa, probablemente, da historia, co cal aínda que a repartiran en 4 anos, por exemplo no ano 2012, que é o ano que vén, vaise a xuntar a devolver o ano 2008, o ano 2009 e o ano 2010, co cal, algún concello é probable que teña de ingresos, de participación de ingresos do Estado, pois a metade do que tiña. Por exemplo do 2007, a metade redonda, porque o que lle toca máis a devolución de tres anos, senón o remedia o Estado, terá que remedialo, porque senón sería a quebra da administración local, pois, pode ocorrer iso. Polo tanto, nós o que pretendemos con esta moción é, xa digo, que é unha moción, e xa digo, que é unha moción que vai a presentar o grupo Popular en moitas outras administracións, non é só na nosa, nesta en concreto, o que pretendemos é un acordo de instar ó Goberno do Estado, entre outras cousas, a que de xeito inmediato instrumente, de xeito real e efectivo, unha liña de crédito ICO, a favor dos concellos para que poidan facer fronte ó pago das obrigas contraídas. E en segundo lugar, que se apracen as devolucións ó Estado, ata que entre en vigor o novo modelo de financiamento correspondente ás liquidacións da participación dos concellos nos ingresos do Estado, as liquidacións, só no relativo ó ano 2008, obrigan, só as do 2008, que as do 2009 xa as veremos agora en xuño, ós concellos galegos a devolver 106,2 millóns de euros, só as do 2008, que se permita flexibilizar a capacidade de endebedamento ós concellos, e que con carácter excepcional para o 2011 poida destinarse o mesmo a inversións e gasto corrente, que agora, que agora como sabes, non se pode dedicar a gasto corrente, que se autorice ós concellos a refinanciar os vencementos da débeda do exercicio, de xeito que os stocks de débeda do concello non se vexan alterados, que se dote de maior liquidez ós concellos incrementando a porcentaxe das entregas a conta, polo sistema de financiamento do 95%, que pase ó 98, en liña co que pasa coas Comunidades Autónomas, ás Comunidades Autónomas liquídanlle ata o 98 e nós só o 95. E logo, que se faga unha excepción, que os concellos de menos de 20.000 habitantes, incrementando o fondo especial de financiamento. Eses son 1,2,3,4,5, os 6 puntos que pedimos nesta moción, que como digo se presentará supoño no resto do estado español. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Mire, antes de nada unha precisión, con iso de “tarde piache”, antes referiuse o Sr. Figueroa, chamando Sr. Mosquera, antes o Sr. Figueroa, fixo mención ó de “tarde piache”, non sei se sabe de onde vén o conto, que non é un refrán, o conto viña, hai que contalo dende alí; fai centos de anos, de que cando non había luz, un día que non había lúa, había un roubando brevas, andaba roubando figos, entón o único método que tiña era palpar a ver se estaba blandiño, entón se estaba blandiño, ¡ñaca, para dentro!, e de repente, colle un blandiño, blandiño para dentro, ¡ñaca, para dentro!, e fai ¡unnnnnnnnnnn!, “tarde piache”, … era un sapo, … entón iso, pero aplíqueo a si mesmo, que tragou o sapo, o de “tarde piache”, digo que se está usando noutro sentido, dígoo por unha cuestión de expresión galega e o seu significado. Ben, con respecto á moción en si, realmente nós estamos absolutamente, xa sabemos que é unha moción de Génova, que non ten outra cousa que facer, e reparte por todos os lados, e xa sabemos todas esas cousas. Pero estamos un tanto sorprendidos por un motivo, entón, a situación, a mala situación económica dos concellos non era só, só onde non goberna o PP, aquí basicamente era un problema de despilfarro do bipartito. ¿Non era iso?. Estamos escoitando todos os días, a todas horas, bueno, despois a realidade é que, por exemplo, o concello de Vigo ten remanentes líquidos, 40 millóns, o de Pontevedra ten 12, igual que esta casa, etc., … non contrasta con nada, pero o seu discurso, o discurso do PP, temos que escoitar todos os días e a todas horas de que o problema de que hai uns despilfarros, mala xestión por parte, onde non goberna, Gallardón non, Gallardón ten maior déficit, pero o discurso é ese, estámolo escoitando continuamente, eu alégrome que cambiaran de discurso, e digan unha cousa totalmente distinta, acabámolo de ver, por exemplo aquí, a moción profundamente barullada, para ser unha de Génova, deberon esforzarse un pouco, deberían de esforzarse, máis ben parece que non quere dicir nada e dicir algo, ¿non?. Home, de descentralización acaba de haber un debate agora aquí, de descentralizar a Xunta, quere pasar dos concellos ou da Deputación, que paguen os seus servizos sociais, ¿de verdade?, ou do maltrato, están descentralizando, non sei porque fan referencia a iso, pero non ás competencias nin ó reparto de cartos, entón se a moción fora, búsquense solucións para a financiamento local, si, non tiñamos ningún problema en votar a favor, agora, tal como o plantexan, un farro contraditorio, mire, léolla, nun di: Que se permita flexibilizar a capacidade de endebedamento dos concellos. Ou sexa, se se flexibiliza, a que vén o sentido seguinte: Que se autorice ós concellos a refinanciar só vencementos da débeda; ou sexa, a ver, só o vencemento, que se flexibilice, puidéronse esmerar un pouquiño máis, de verdade, tamén afectaría ós que adiantaron o financiamento, como fixo esta casa, pedindo máis crédito do que loxicamente non lle correspondía. Por exemplo, no 2010, pero esmérense un pouquiño máis, porque realmente as medidas de verdade, que son dunha forza política como o PP, esa alternativa que ten, ¿que é o que pasa?, que, como lle fan as contas de que hai que falar disto, pero no 2012, fan as contas que igual poden ter o goberno, entón unha cousa é predicar e dar trigo, entón facemos aquí un acordo que non se sabe exactamente o que vai a dicir nin deixar de dicir, e falamos disto, pero non nos comprometemos en nada, non temos unha liña clara e definida. Pois entón, bueno, xa o brillante, xa é a penúltima, pasado o 95 e 98, … bueno en fin, entón, isto así, realmente son uns vagos en Génova, son uns vagos, mandarlle unha moción para que a presenten aquí desta maneira, pois, francamente non parece que teña moito sentido, ¿non?. De verdade, eu pediríalle, digo, para que non se poñan colorados, fixen unha defensa que pouco ten que ver co que di a moción, e que a retirara, estou seguro que vostede ou alguén, faga unha moción, de verdade, e sae algo decente, e podíamola apoiar, pero agora que pasa, teñen que falar disto, …. ¡eh!, … teñen que falar pero sen ningún compromiso, por se acaso, aínda que bueno, non lle vai a custar nada cambialo, agora din unha cousa, e despois outra, que iso tamén estamos ben afeitos, e non parecía nada, pero home, isto non é de recibo e vostede o sabe de sobra, que non é de recibo, o sabe de sobra, por iso falou de todo, falou das maravillas das competencias, como son aquelas, que tal, bueno, eu, si propias, impropias, medias pensionistas, tuteladas, non tuteladas, delegadas, bueno, xa hai algunhas que ninguén sabe nin tan sequera o que …, pode falar do que queira, … Agora, de todas maneiras, eu, os debates, vamos, deste tipo de mocións, sempre son moi construtivos, por exemplo, xa me din conta co debate anterior, que o compañeiro Xabier Alonso tiña moitisima razón con iso do seguro, imaxínase a desgraza de aquí, Pasarón, cando foron facer a foto, se chegamos a ter un seguro pois pagábanos o céspede. Seguramente o cese do entrenador, bueno, a repera, non, foron a facer a foto da lista sen seguro, é unha desgraza; vendo esas desgrazas, pois evidentemente hai que pedir seguro, bueno, tiveron toda a razón do mundo en facelo. E xa para rematar, xa para rematar, mire, a estes períodos hai que chamalos dalgunha maneira, e, o outro día un funcionario, que estaba alí soportando a presión destes períodos, realmente foi ocorrente e chamoulle a este período así, político-administrativo, chamoulle “tracción total”, non lle entendemos, “Jeep 4x4”, tampouco o entendemos alí, se … cando hai que facer ou dicir que se fai o que non se fixo nos 4 anos pasados, nin se vai a facer nos 4 seguintes, 4x4, período 4x4, este período de dous meses antes das eleccións, de calquera elección, sempre é o período 4x4. Entón vaise a arreglar todo o que non se arreglou, ou vaise a falar o que se vai a arreglar, todo o que non se arreglou nos últimos 4 anos, nin posiblemente se vexa arreglado nos vindeiros. Entón, acelérase así moito, dáse moito que falar e demais, e realmente nestes momentos, digo por esta moción, porque hai outras cousas que xa veñen de atrás, pero o digo por esta moción, que é típica deste período así, “Jeep” ou 4x4, de “tracción total”, de que hai que falar de todo, pero se se quere falar polo menos cun pouquiño de sustancia, non esta moción Sr. Crespo, que estou convencido que vostede non comparte. Entón, faría outra cousa distinta, pois fágana, tráiana para o próximo Pleno, aínda hai outro Pleno dentro deste período de tracción total. Bueno, tráeno para a próxima e traia algo un pouco máis razoable, e xa ve que non temos ningún problema en votar a favor. Agora, tal e como está non, que isto é unha chapuza de Génova, que lle mandan circular, que adaptan aí unha conta, e que non ten ningún sentido, isto non temos máis remedio que votar en contra. Moitas grazas. Sr. Presidente (Sr. Figueroa).- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Otero Besada.- A min a verdade que máis que “4x4”, a min paréceme que isto vai en apoio da Consellería de Sanidade, porque esta moción é tan xenérica, que debe de estar no catálogo da Consellería, non me estrañaría nada que vaian por aí e que …, bueno, o outro día recoñecía o Sr. Crespo, bueno, que era unha moción xenérica, que mandan por aí, digo eu, que ó mellor debe de estar no catálogo ou ó mellor vai pola relación que teñen ultimamente coa Igrexa, que ata fan os mitins alí, e ó mellor é que cren nos milagros de que nos van a facer algún caso con isto. Bueno, a verdade é que o principal escollo que están tendo os concellos vén dado pola reforma da lei no ano 2002, gobernando vostedes e co Sr. Aznar ó fronte, ¿non?. Parécenos absurdo por outra parte pedir aquí algo que se aprobou en Madrid, o normal é que se dirixan ós seus compañeiros parlamentarios no Goberno do Estado e que o pidan alí, porque eu penso que pouco caso nos van a facer se a pedimos aquí. Nós somos conscientes das dificultades dos concellos e incluso algún punto ata estaríamos dispostos a apoialo, pero en conxunto, tal e como está, parécenos completamente ilóxico. Por outra banda, ¿como se atreven vostedes a pedir aquí algo que nesta casa non se fai?. Porque pedir que se apracen as devolucións, cando vostedes no plan anticrise non consentiron absolutamente ningunha devolución, é máis, hai concellos que entre as débedas que lle descontaron e as baixas que lle fixeron na licitación, chegan ó 40% que perderon estes concellos, xa, pero podíamos haber presentado unha moción nós, dicindo que non se devolveran nin que se descontaran estas deudas, que é o que están pedindo vostedes aquí. Miren, concello de Ponteareas, 680 mil euros; concello de Cangas, 542 mil euros; concello de Vilanova de Arousa, 547 mil euros, se puideran aprazar, ¿por que non llo fixeron?. E a todos nos descontaron, vamos, en total descontáronos ós concellos 5.123.214 euros, isto todo vai en contradición co que realmente están dicindo vostedes aquí. Miren, se nós fixéramos como vostedes con estas mocións, estaríamos destapando todas as que nos presentaron cando gobernaba o bipartito, que se cansaron de presentar mocións, nós teríamos que levantalas agora e presentarllas a vostedes, a ver que dicían. Pero en fin, nós consideramos que isto é puro oportunismo, nada máis. Sr. Presidente ( Sr. Figueroa Vila).- Moitas gracias Sr. Otero. Sr. Crespo para rematar. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, eu creo que está claro o que é a moción, e tamén están claras as posturas dos tres grupos políticos que compoñemos esta Corporación, polo tanto, abondar máis nel é perder o tempo. Sr. Mosquera, eu non sei aquí en Pontevedra se “tarde piache”, era por coller figos unha noite de lúa, sen lúa, estes fins de semana viñeron as lúas moi intensas e había máis lúa da conta, na miña terra era ó revés, non se collía un sapo, ía un palpando os figos, e de repente collíalle un testículo a unha curuxa, que é distinto, bueno sería un curuxo, ¿non?, unha curuxa non ten testículos, era curuxo, pero a curuxa respondía, que teñen un pico romo para abaixo, … bueno, cada zona, Galicia é tan plural que cada zona aplícalle a ascua á sardiña, e temos as nosas propias peculiaridades. Bueno, dito isto, o importante desta moción e a quinta esencia que queda, e o que é certo é que o Partido Popular está sensibilizado coa administración local, e iso ten unha parte boa, e a parte boa dígolle eu cal é, que ó final e o que importa realmente, mire, senón hai novidade, parecería lóxico, que dentro de pouco tempo o Partido Popular goberne España, e se o Partido Popular a nivel dirección está de acordo en que a administración local estamos machacados, humillados, e todos os cualificativos que se lle pode poñer á administración local, que é a cincenta de todas as administracións, iso é bo, porque supoño que botará unha man por nós, e iso é o que importa, se varias administracións locais, a maioría delas, toman un acordo neste sentido vainos vir moi ben, porque dentro dun ano e medio todo máis tardar, haberá eleccións, supoñemos que antes, pero todo o máis tardar por lei tenas que haber dentro dun ano e medio, se mal non recordo, ano e medio, ¿non?, ¿cando tocan as xerais?, ano e medio-dous anos, … bueno, un ano, … entón, si dentro dese ano Mariano gana as eleccións, como é previsible e non facilmente evitable, pois toman este paquete de medidas para a administración local, e crean un fondo especial de salvación nacional dos concellos, dos oito mil cento e pico concellos que estamos en España, pois iso xa é bo, e para iso vale esta moción, o importante é o fin para o que vai a moción, que a administración local está tocada e que a administración local non damos devolto o que nos quere obrigar o Estado a devolver, e o fin neste caso é bo, e polo tanto é un motivo polo que nós a presentamos. Polo tanto, eu creo que aí non hai porque lle meter a mala xestión que poida facer cada administración local nin outra, porque miren, se nós ó final, o Partido Popular, que hoxe é o partido maioritario da oposición en España, goberna este país dentro de pouco, o feito de que teña esta sensibilidade coa administración local, ós concellos vainos vir francamente ben, ós concellos e ás Deputacións, vainos vir francamente ben, independentemente de que sexan estas medidas ou outras parecidas, ¿por qué?, porque é síntoma de que hai unha sensibilidade, de que a administración local está ferida de gravidade, e ese é o fin que eu creo que persigue esta moción, e con iso dámonos por satisfeitos. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Bueno, pois votamos. Bueno, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Crespo, o que acaba de dicir volve a ser máis do de antes, do mesmo estilo, está dicindo cousas que non di a moción, ¡ah!, entón non nos faga votar ou tragar o sapo ¿non?, porque a outra, “tarde piache”, non sei porque é, non sei que lle fixo, “tarde piache”, é porque tragou, … estalle dicindo ó sapo que o acaba de tragar, non sei á que vén o conto. Pero mire, o que di textualmente, que se apracen as devolucións ó Estado ata que entre en vigor un novo modelo de financiamento, punto, ou sexa, que se entra mañá un novo modelo de financiamento, que aínda recorda as transferencias, a partir de alí hai que devolvelo. A ver, que estamos dicindo … Sr. Crespo Iglesias.- … Se se aproba a Lei de financiamento local podemos devolvelo, porque obviamente a nova Lei de financiamento local vai a levar aparellado consigo unha mellora en canto ó incremento do financiamento para os concellos, entón despois imos ter recursos para devolver … Sr. Mosquera Lorenzo.- … ¿Como era?, ¿e iso onde está?. Está na súa cabeza, está na súa cabeza, póñao por escrito, xa llo digo, póñao por escrito e votámoslle a favor, pero non me faga votarlle a isto que é falar por falar … Sr. Crespo Iglesias.- D. Cesáreo, por razóns obvias, a Lei de financiamento local non vai a ser inferior en ningún caso ó financiamento que hai agora, precisamente se está no forno é porque non damos chegado a un acordo porque o Estado non é capaz de aceptar o que lle propoñemos os concellos …, pero seino porque estou na FEMP, e porque o paquete está alí, non é por outra cousa, e se realmente non se aproba é por falta de financiamento, senón a proposta está alí … Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Crespo, o financiamento local faise por lei, ¿verdade?, pois a lei do Estado, onde se aproban os Orzamentos Xerais do Estado, resulta que recortou o financiamento ó estado, en Alemania, que se saiba, estanlle recortando ás administracións locais, que mete medo, entón, ese horizonte que vostede pinta, escríbamo, e votámoslle a favor, escríbamo, ¿vale?, pero non me diga a nova lei, a nova lei de que, tal como está o horizonte económico, … en Portugal tamén lle van a subir ós concellos, vanlle subir tamén, en Irlanda tamén, en Grecia tamén, e aquí tamén e en Francia tamén, en ningún lado, home, se nos van a recortar, caramba, goberne quen goberne, entón, pono por escrito e voto a favor, nós votámoslle a favor, nós votamos a favor, claro que si, pero non nos veña con esta, que está moi pensada, moi embarullada de Génova, para non dicir nada, e parecer que di algo, poño, o que está dicindo, o que está dicindo vostede, que á parte creo sinceramente que é o que pensa, sei o que pensa, póñao por escrito, póñao e lle votamos. Agora, non nos faga votar unha cousa que di que si, que non, que si, que non, que ó final chega o ano que vén ou dentro de dous anos, sae esa lei de financiamento local que recorta os ingresos e temos que pagar os concellos, devolvelo ó día seguinte, e foi o que estivemos votando. Non, non lle vamos a votar a favor, o que está dicindo póñao por escrito, e … Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Vamos a …, Sr. Crespo, ¿cal é a proposta de votación?. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, nós podémoslle engadir aquí sen ningún problema, poñémoslle que se apracen as devolucións ó estado ata que entre en vigor o novo modelo de financiamento correspondente ás liquidacións da participación dos concellos nos ingresos do Estado, liquidacións que só no relativo ó ano 2008 obrigan a devolver ós concellos galegos 106,2 millóns de euros e que se apracen ata que entre en vigor o novo modelo de financiamento correspondente á liquidación da participación dos concellos nos ingresos do Estado e aí neste punto poñerlle, sempre e cando esta sexa mellor á anterior ou mellor ó anterior, poñémoslle se quere, poñémoslle esa engádega, sempre e cando a nova mellore á anterior, xa está, estou de acordo, poñémoslle sempre e cando esta mellore á anterior, co cal estamos capando, por así dicilo á outra, poñémoslle sempre e cando a nova mellore á anterior. Poñémoslle esa engádega, sen problema ningún. ¿Parécelle así?. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Non quere o Sr. Crespo. Votamos a moción como está redactada. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Queda aprobada por 13 votos a favor e 10 en contra, ¿non?. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre medidas tendentes a paliar a difícil situación económica dos concellos. Dita Moción é como segue: “O Grupo Provincial do Partido Popular (PP) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción relativa á necesidade de instrumentar, de xeito real e efectivo, unha liña de crédito ICO a favor dos concellos para que poidan facer fronte ó pago das obrigas contraídas, e outras medidas tendentes a paliar a súa difícil situación económica. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- Nos momentos actuais de grave crise, cando a capacidade de pago dos contribuintes, se resinte gravemente a causa dela, todas as administracións deben garantir a máxima eficiencia na prestación dos servizos públicos. 2.- Para iso, é imprescindible aclarar o marco competencial dos distintos niveis de goberno e asegurar que os sistemas de financiamento proporcionen os incentivos axeitados para prestar servizos ós cidadáns e garantir a igualdade deles, con independencia do lugar onde vivan. 3.- Dende a Transición, o proceso de descentralización administrativa xirou en torno ás Autonomías pero, chegados a este punto, é convinte acometer unha Segunda Descentralización na que se aclaren as competencias municipais e o seu sistema de financiamento acorde coas funcións que lles correspondan, tendo en conta sempre os principios de autonomía política e financeira da Administración Local. 4.- Hoxe hai un evidente desaxuste entre as funcións reais que asumen os concellos e as competencias normativas que teñen. Desaxuste producido pola crecente demanda social de máis e mellores servizos e polos gastos agravados polo proceso de inmigración habido nos últimos dez anos. E hai tamén unha evidente falta de planificación concertada de recursos entre os tres niveis de administración territorial para un mellor e máis eficiente servizo ó cidadán. 5.- O novo modelo debe artellarse a través de acordos políticos e de reformas lexislativas que outorguen á Administración Local a relevancia que lle corresponde como administración máis próxima ós cidadáns. Esixe axustes e medidas estruturais e non a mera aportación de recursos conxunturais. 6.- É, pois, urxente que o Goberno do Estado presente a Lei Básica do Goberno e da Administración Local e un sistema axeitado de financiamento das entidades locais. Pero tamén o é que se artellen medidas transitorias que sirvan para paliar a difícil situación económica pola que atravesan os concellos e evitar un colapso financeiro que, nalgún caso da nosa provincia, estase a anunciar. Polas anteditas razóns, o Grupo Provincial do Partido Popular (PP) somete á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopte o seguinte ACORDO: - Instar ó Goberno do Estado a que, de xeito inmediato, instrumente, de xeito real e efectivo, unha liña de crédito ICO a favor dos concellos para que poidan facer fronte ó pago das obrigas contraídas. - Que se aplacen as devolucións ó Estado ata que entre en vigor un novo modelo de financiamento correspondente ás liquidacións da participación dos concellos nos ingresos do Estado. Liquidacións que, só no relativo ó ano 2008, obrigan ós concellos galegos a devolver 106,2 millóns de euros. - Que se permita flexibilizar a capacidade de endebedamento dos concellos e que, con carácter excepcional para o 2011, poida destinarse o mesmo a inversións e gasto corrente. - Que se autorice ós concellos a refinanciar os vencementos da débeda do exercicio, de xeito que o de débeda do concello non se vexa alterado. - Que se dote de maior liquidez ós concellos incrementando a porcentaxe das entregas a conta, polo sistema de financiamento, do 95% ó 98% en liña co previsto coas Comunidades Autónomas. - Que se mellore o financiamento dos concellos de menos de 20.000 habitantes, incrementando o Fondo Especial de Financiamento.” 11.6061.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Bueno, fóra da orde do día hai tres asuntos, hai dous temas, un é unha aprobación de proxecto e solicitude de subvención a presentar na convocatoria do Fondo Social Europeo 2011, do programa plurirexional, adaptabilidade e emprego. Hai un segundo asunto que é do mesmo, pero é aprobación de proxectos e solicitudes de subvencións a presentar na convocatoria FEDER 2011, eixo V, desenvolvemento local e urbano. E tamén temos unha moción do BNG, presentada por D. Pauliño Del Río Iglesias, con catro asuntos, que se teña en conta o remitido polos veciños e veciñas de Gondomar relativo ás melloras de seguridade e mellora por eles esixida na estrada provincial 2302, e se proceda en consecuencia a realizar un estudo. Bueno, unha moción sobre Gondomar, ó parecer … Tratamos os tres asuntos, senón hai ningún problema, vamos un a un. Primeiro: Aprobación do proxecto e solicitude de subvención a presentar na Convocatoria do FSE 2011 do Programa plurirexional adaptabilidade e emprego, que defende Dona Teresa Pedrosa, defende ela a urxencia. ¿Tratamos a urxencia dos tres temas?. Bueno, pois os tres temas, por favor, por unanimidade para tratalos, se inclúen na orde do día. Previa declaración de urxencia, adoptáronse os seguintes acordos: A) APROBACIÓN DO PROXECTO E SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN A PRESENTAR NA CONVOCATORIA DO FSE 2011 DO PROGRAMA PLURIREXIONAL ADAPTABILIDADE E EMPREGO Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Se trata o primeiro, e lle damos a palabra a Dona Teresa Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Muy buenos días, ya tardes, de nuevo, como todos ustedes conocen el proyecto Aquelando es en este caso la tercera vez que se va a solicitar la presentación a la convocatoria del Fondo Social Europeo 2011, de este programa pluriregional de adaptabilidade e emprego. Los dos años anteriores el Aquelando 1 y el Aquelando 2, los dos períodos anteriores, que se iniciaron en el 2006 y que fueron aprobados, tuvo un éxito muy importante estos dos programas tanto el Aquelando 1 como el Aquelando 2, y se trata ahora con el Aquelando 3 de dar continuidad a los ya realizados con la formación e inserción laboral de desempregados de la provincia. Como recordarán, en los programas anteriores, en el Aquelando 1, participaron 238 personas, de las cuáles 232 fueron mujeres y se alcanzó una inserción laboral del 64%. Sr. Presidente.- Medio segundo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, evidentemente quen modera os debates é o Presidente e demais, pero, estamos falando dunha solicitude ó FEDER entón eu creo que o que procede non é falar das maravillas que se fixeron antes e que se van facer, describir que proxectos hai e … Sra. Pedrosa Silva.- No, perdona, esto no es del FEDER, esto es del Fondo Social Europeo, el Aquelando 3. No, estaba diciendo a modo de introducción que es el Aquelando 3, que hubo un 1 y otro 2, que tuvieron una importantisima inserción laboral y que por eso nos animamos a pedir el Aquelando 3. Simplemente el objetivo real del proyecto es la inserción social-laboral, como sabéis, de personas desempleadas, en el sector servicio de atención a las personas de la provincia de Pontevedra; y tiene dos ámbitos de actuación, para ser lo más breve posible, uno, el itinerarios integrados de inserción laboral, que son fundamentalmente para integrar a personas en todo el tema de la dependencia y de la atención a personas; y otro, elaboración del pacto local por el emprego a nivel provincial, consistente en un acuerdo en el que están implicados pues todos los colectivos y asociaciones relacionados, con vistas a optimizar los recursos y a reforzar la eficacia y la eficiencia. En este caso, este Aquelando 3 tiene como objetivos específicos ofrecer a los demandantes de empleo con especiales dificultades para su inserción en el mercado de trabajo, una oportunidad práctica laboral acompañada con la correspondiente formación; sensibilizar a los sectores socioeconómicos de la provincia sobre el nuevo yacimiento de empleo en el tema de atención a las personas con especiales dificultades; favorecer la participación de las mujeres, aplicando medidas de igualdad y oportunidad en todas las acciones del proyecto; elaborar estudios estratégicos de detección de las necesidades en el ámbito de formación y empleo. El plazo de ejecución es de 29 meses, el período agosto del 2011 a diciembre del 2013, el presupuesto total 5.098.450,28 euros, a financiar el 80% por el Fondo Social Europeo, es decir 4.068.760,22 euros, y a achegar un 20% por la Diputación de Pontevedra, es decir, 1.019.690 euros. Afecta a mil personas en esta ocasión, fundamentalmente mujeres y se propone como acuerdo aprobar la presentación del proyecto al programa pluriregional, aprobar el proyecto Aquelando 3, que ahora presentamos dentro de este proyecto, y en el caso de que no sea concedido pues comprometerse a consignar en el presupuesto de la Diputación 1.019.690,06 euros, creando las aplicaciones orzamentarias necesarias para su ejecución. Insisto que este es uno de los proyectos de mayor inserción laboral realizados en la Diputación de Pontevedra y en el que más, en torno al 50% de las personas que participaron en los dos anteriores encontraron empleo, circunstancia que en estos momentos pues es crucial para la economía de nuestra provincia. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Muchas gracias Sra. Pedrosa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, grazas Sr. Presidente. Mire, estamos ante unha petición de fondos para que se cofinancie, se cofinancie actuacións da Deputación dentro da provincia de Pontevedra, sexan do Fondo Social Europeo, sexan do FEDER. Xa lle adianto a nosa postura, todo o que sexa pedir cartos e intentar conseguilos doutra administración vámoslle votar a favor. Ben, entón, despois xa veremos o que decide e demais, obviando, obviando que a falta de delicadeza cos grupos da oposición é absoluta, nin se comenta que se vai a pedir, despois se nos dan uns peñazos nas comisións ou aquí dos logros, pero, home, pois se cadra algunha idea de por onde ir, pero claro, iso tiña que empezar antes, non agora nun Pleno, propoñer o proxecto A, B ou C; eu non estou falando diso, estou falando dunha intervención xenérica para, para todos, ou sexa, que deciden alá o que, que van a pedir ou que non van a pedir, dunha maneira bastante, creo que se podía ter falado e demais. Pero bueno, obviando isto, como é unha petición de cartos, que poden dar ou non, polo tanto, todo o que se pida está ben, e agardemos que os dean, despois xa discutiremos aquí se se está facendo ben ou mal con eses cartos ou o que sexa, pero o que é a petición en si de todos vámoslle votar a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Si, a ver, pola nosa parte parécenos outra vez unha falta de ética cos Deputados que estamos aquí, enterámonos pola prensa de que se van a pedir estes fondos e nin sequera, púidose haber tido a delicadeza, púidose haber tido a delicadeza de convocar ós Portavoces e comentar, porque hoxe pola mañá en media hora é imposible votarlle un vistazo a todo iso. Parécenos que é unha falta de colaboración cos demais grupos. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Otero Besada. Procedemos polo tanto á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Votamos a urxencia. Sr. Secretario.- Ya se votó antes. Sr. Presidente.- Xa se votou antes. Dada conta da Resolución de 18 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral de Estado de Cooperación Territorial pola que se aproban as bases reguladoras da convocatoria 2011 para a concesión das axudas do Fondo Social Europeo durante o período de intervención 2007-2013. Visto o informe-proposta de 17 de marzo de 2011 do Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios relativo á aprobación da solicitude de axuda dentro da convocatoria de propostas do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” para o período 2007-2013, a través do Ministerio de Política Territorial e Administracións Públicas. Visto que o tempo de execución deste proxecto é de 29 meses, período que transcorrerá aproximadamente entre agosto de 2011 e decembro de 2013. Visto que os cofinanciamentos correspondentes a dito proxecto son os seguintes: ENTIDADE TOTAL GASTO FONDO SOCIAL EUROPEO (80%) FONDOS PROPIOS DEPUTACIÓN (20%) DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 5.098.450,28 € 4.078.760,22 € 1.019.690,06 € Visto o informe xurídico da Secretaría Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra así como o informe económico do Servizo de Intervención, o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra acorda por unanimidade a adopción do seguinte acordo: • A aprobación de proxecto e solicitude de subvención a presentar na convocatoria do FSE 2011 do programa plurirexional adaptabilidade e emprego. • A aprobación do Proxecto AQUELANDO 3 para a súa presentación dentro da convocatoria de propostas do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” para o período 2007-2013, a través do Ministerio de Política Territorial e Administracións Públicas. • No caso da concesión do dito proxecto, a Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a consignar no seu presuposto: 1.019.690,06 €, creando as aplicacións orzamentarias necesarias para a súa execución de acordo coas contías e a programación reflectidas no mesmo, así como a cumprir con todos os procedementos legais en materia de contratación pública, competencia, axudas públicas, protección do medio ambiente, igualdade de oportunidades e os relativos á información e publicidade das axudas financeiras da Unión Europea. B) SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “EPo2 ENERXÍA POSITIVA PONTEVEDRA” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2011 DE AXUDAS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) PARA COFINANCIAR PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL E URBANO DURANTE O PERÍODO DE INTERVENCIÓN 2007-2013. (Resolución de 18 de febreiro de 2011). Sr. Presidente.- Dous. Aprobación de proxectos e solicitudes de subvención a presentar Convocatoria FEDER 2011 eixo 5, Desenvolvemento local e urbano. Sr. Secretario.- Hay que votarlos. Sr. Presidente.- ¿Hai que votalos, non?. Aquí preséntanse un total de 5 proxectos. EPo Enerxía positiva Pontevedra; A tecnoloxía nas túas mans; Xestión de activos da provincia de Pontevedra; Patrimonio, arqueoloxía e identidade; Dinamización económica da Comarca do Deza. ¿Algo que engadir?. Si, Sr. Rodríguez Muíños. Sr. Rodríguez Muíños.- Si Presidente. Brevemente, pois explicar en que consisten estes cinco proxectos que se presentan á convocatoria dos Fondos de Desarrollo Rexional, fondos FEDER, que bueno, foi publicado a finais do mes de febreiro no BOE, e que ten de prazo un mes, acaba a finais de marzo a súa presentación, e polo tanto iso motiva que se teña que traer por urxencia. Os proxectos son un que se chama EPo2 Enerxía positiva Pontevedra, que ten como obxectivo pois a construción dunha planta de biogás para a xestión de lodos de depuradoras municipais e fosas sépticas de pequenos núcleos e vivendas unifamiliares, que suporía unha inversión total de 5.655.000 euros, e se solicita a subvención do 70%, como son destas todas convocatorias. A idea é que a planta pois poida aproveitar os residuos que pequenas e medianas empresas marisqueiras e conserveiras e vitivinícolas, en colaboración, eu creo que xa se ten falado con ANFACO, coa Denominación de orixe Rías Baixas, e que pretende, bueno, pois desenvolver novos xeitos de aproveitamento do biogás, para opter gas natural, purificación para obter gas natural e bombeo á rede de augas, natural para o seu aproveitamento eléctrico e térmico. A súa potencia eléctrica acadará 22.000 kw diarios de enerxía eléctrica aproveitable e 33.000 de calor aproveitable. A planta dimensionaríase para xestionar 5.600 Tm./ano, de residuos de 250 empresas e 60 concellos. O outro proxecto é depoTIC que se chama, que é precisamente un proxecto de tecnoloxías de información e comunicación, que pretende pois que exista un, crear un centro provincial de asesoramento virtual provincial, un CPAM 2.0, modelo de comercio electrónico para PYMES, oficinas de tramitación e de administración electrónica, un centro de coñecemento avanzado para a explotación de patrimonio documental e bibliográfico, e ó mesmo tempo un plan de promoción e difusión do proxecto implicando ás xentes e fomentando o uso responsable de recursos municipais, este proxecto ten un orzamento total de 12.291.500 euros solicitaríase a convocatoria ó 70% tamén. O outro proxecto é depoGAP, que é para facer un inventario de activos provinciais dotando ós concellos de información interna que lles permita optimizar a xestión. Será de dotación tecnolóxica para o desarrollo do proxecto e ferramenta de xestión de activos provinciais. O seguinte, este ten un orzamento de 7.603.900 euros, tamén se solicitaría a esta convocatoria o 70% do orzamento. O cuarto proxecto é Herdanza 2.0 Patrimonio, arqueoloxía e identidade, e pretende a recuperación do patrimonio cultural de toda a provincia, restauración de bens arqueolóxicos e arquitectónicos e dinamización do patrimonio cultural en xeral; crearíanse tamén actividades de formación, divulgación, revalorizando as actividades turísticas-económicas en torno a estas, diferentes; arqueolóxicas que se realizarían nos concellos adheridos a esta convocatoria, loxicamente, que conten con este tipo de restos arqueolóxicos. E ó mesmo tempo conlevaría a formación de xóvenes nun segmento dun mercado laboral específico como é o da arqueoloxía e a restauración. Este proxecto, ten un orzamento de 6.550.500 euros e se solicita tamén o 70%. E o quinto proxecto é DepoDEZA que pretende dalgunha maneira un inventario, ese é o único que é para unha concreta comarca que é a Comarca do Deza, os demais engloban a toda a provincia, os demais proxectos engloban a toda a provincia excepto ós concellos de A Estrada, Marín, Redondela, Vigo e Pontevedra, porque eles poden, é dicir, deciden acudir por si mesmos, non se adhiren a esta convocatoria da Deputación, senón que prefiren acudir por si mesmos á convocatoria FEDER. Dicía que o de DepoDEZA é un proxecto que se trata de facer un inventario da cultura castrexa e a súa posta en valor, ó mesmo tempo dinamizar o sector gastronómico e agroalimentario coa potenciación da festa do cocido e a creación dunha rede gastronómica; mellora da calidade, que leva consigo tamén a mellora da calidade dos produtos agroalimentarios; creación dun high turístico-cultural e gastronómico e a potenciación da comercialización na comarca de todos estes produtos. Ben, como dicía antes todos estes proxectos se solicitarían a esta convocatoria de FEDER e, exactamente, están adheridos todos os concellos da provincia excepto A Estrada, Marín, Redondela, Vigo e Pontevedra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, estamos preocupados porque aquí na Deputación só dan roldas de prensa algúns deputados e escasos, e aproveitan o Pleno para dalo, eu creo que esa información preparadiña, gabinete de prensa, elaborada, mañá, pasado, onte, o martes ou o que sexa, para que todos, para o público sería fantástica, aquí francamente non o entendo, antes intentei dicilo, non houbo maneira, bueno, non entenden, digo que os medios de comunicación van sufrir para recoller iso, vai o luns ou o martes, lévao preparadiño e explícao, nós xa miramos o expediente, explícao e xa está; pídense cartos para isto que vai ser unha maravilla, o outro, pero bueno, cada deputado é libre de falar do que ben entenda. Sr. Presidente.- Sr. Rodríguez. Sr. Rodríguez Muíños.- Home, se o chego a saber non levaba o traballo de explicalo, eu era para que o coñeceran, eu esforceime un pouco para que dalgunha maneira se coñecera sucintamente en que consistían os proxectos, pero bueno. Se o chego a saber xa o houbésemos votado dende o principio e xa non levaba tanto traballo. Sr. Presidente.- A ilustración. Sr. Rodríguez Muíños.- Pero bueno, era unha breve explicación dos proxectos para que se coñeza en que consisten e que están feitos polo equipo que leva, un pouco, isto dos fondos. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. Dos cinco, me refiro, que presentamos. Si. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, decir que nosotros nos vamos a abstener en este punto por desconocimiento y por falta de tiempo para consultarlo. Perdón. Sr. Presidente.- Perfecto. Sr. Muradas Ramos.- Y que en la del año pasado hubo la cortesía de esos ayuntamientos que ya la Diputación excluye. Sr. Presidente.- No se excluyen, está usted hablando mal, nosotros no excluímos a nadie, non, decidiron non adherirse. Sr. Muradas Ramos.- No se consultó este año. No, este año no, el año pasado si se dio la oportunidad y no se adhirieron, pero este año no. Sr. Presidente.- Está vostede equivocado me parece, din alí os alcaldes, eu non sei. Sr. Muradas Ramos.- Esos alcaldes no son de los excluídos. Sr. Presidente.- Non, pero se eles din por iniciativa propia que lles chegou un comunicado, lle chegaría a todos os alcaldes, quero entender, va, ou sexa que, e ademais se pode ver que son, están incluídos todos menos catro, catro máis dous seis, me parece, polo tanto o resto mandaron a adhesión, por iso eu digo que en principio ten que ser así. Ben. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vista a documentación do proxecto e o informe de Intervención ó respecto, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1º.- Aprobar a solicitude dunha axuda para o Proxecto denominado "EPo2 ENERXÍA POSITIVA PONTEVEDRA.", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2011 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de Desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia- (Convocatoria aprobada por Resolución de 18 de febreiro de 2011 da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). Orde de preferencia: 1. O importe total do Proxecto ascende a 5.650.000,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 3.955.000,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante (30%) financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- Aprobar o citado proxecto denominado "EPo2 ENERXÍA POSITIVA PONTEVEDRA", por un importe total de 5.650.000,00 Euros. 3º.- Prestar o compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e Concellos será dun total de 1.695.000,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, que se afrontará transferindo o crédito necesario ás aplicacións do proxecto. C) SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “HERDANZA 2.0.- Patrimonio, arqueoloxía e identidade” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2011 DE AXUDAS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) PARA COFINANCIAR PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL E URBANO DURANTE O PERÍODO DE INTERVENCIÓN 2007-2013. (Resolución de 18 de febreiro de 2011). Vista a documentación do proxecto e o informe de Intervención ó respecto, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1º.- Aprobar a solicitude dunha axuda para o Proxecto denominado "HERDANZA 2.0. - Patrimonio, Arqueoloxía e identidade", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2011 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de Desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención, 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia- (Convocatoria aprobada por Resolución de 18 de febreiro de 2011 da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). Orde de preferencia: 2. O importe total do Proxecto ascende a 6.550.500,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 4.585.350,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante (30%) financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- Aprobar o citado proxecto denominado "HERDANZA 2.0. - Patrimonio, Arqueoloxía e identidade", por un importe total de 6.550.500,00 Euros. 3º.- Prestar o compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e Concellos será dun total de 1.965.150,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, que se afrontará transferindo o crédito necesario ás aplicacións do proxecto. D) SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “depoTIC: A TECNOLOXÍA NAS TÚAS MANS” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2011 DE AXUDAS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) PARA COFINANCIAR PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL E URBANO DURANTE O PERÍODO DE INTERVENCIÓN 2007-2013. (Resolución do 18 de febreiro de 2011). Vista a documentación do proxecto e o informe de Intervención ó respecto, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1º.- Aprobar a solicitude dunha axuda para o Proxecto denominado "depoTIC: A TECNOLOXÍA NAS TÚAS MANS", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2011 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de Desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia- (Convocatoria aprobada por Resolución de 18 de febreiro de 2011 da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). Orde de preferencia: 3. O importe total do Proxecto ascende a 12.291.500,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 8.604.050,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados (30%). 2º.- Aprobar o citado proxecto denominado "depoTIC: A TECNOLOXÍA NAS TÚAS MANS", por un importe total de 12.291.500,00 Euros. 3º.- Prestar o compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e Concellos será dun total de 3.687.450,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, que se afrontará transferindo o crédito necesario ás aplicacións do proxecto. E) SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “depoGAP: XESTIÓN DE ACTIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2011 DE AXUDAS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) PARA COFINANCIAR PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL E URBANO DURANTE O PERÍODO DE INTERVENCIÓN 2007-2013. (Resolución de 18 de febreiro de 2011). Vista a documentación do proxecto e o informe de Intervención ó respecto, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1º.- Aprobar a solicitude dunha axuda para o Proxecto denominado "depoGAP: XESTIÓN DE ACTIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2011 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de Desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia- (Convocatoria aprobada por Resolución de 18 de febreiro de 2011 da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). Orde de preferencia: 4. O importe total do Proxecto ascende a 9.531.000,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 6.671.700,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os concellos beneficiados (30%). 2º.- Aprobar o citado proxecto denominado "depoGAP: XESTIÓN DE ACTIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA", por un importe total de 9.531.000,00 Euros. 3º.- Prestar o compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e Concellos será un total de 2.859.300,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, que se afrontará transferindo o crédito necesario ás aplicacións do proxecto. F) SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “depoDEZA: DINAMIZACIÓN ECONÓMICA DA COMARCA DO DEZA” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2011 DE AXUDAS DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) PARA COFINANCIAR PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL E URBANO DURANTE O PERÍODO DE INTERVENCIÓN 2007-2013. (Resolución de 18 de febreiro de 2011). Vista a documentación do proxecto e o informe de Intervención ó respecto, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1º.- Aprobar a solicitude dunha axuda para o Proxecto denominado "depoDEZA: Dinamización económica da Comarca do Deza", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2011 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de Desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia- (Convocatoria aprobada por Resolución de 18 de febreiro de 2011 da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). Orde de preferencia 5. O importe total do Proxecto ascende a 6.093.500,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 4.265.450,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados (30%). 2º.- Aprobar o citado proxecto denominado "depoDEZA: Dinamización económica da Comarca do Deza", por un importe total de 6.093.500,00 Euros. 3º.- Prestar o compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e Concellos será dun total de 1.828.050 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, que se afrontará transferindo o crédito necesario ás aplicacións do proxecto. G) MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO EN RELACIÓN COA ESTRADA PROVINCIAL “EP-2302 GONDOMAR A MORGADÁNS, PARROQUIA DE CHAÍN (GONDOMAR)” Sr. Presidente.- E agora temos aquí unha moción que habería que votar a urxencia ou, ¡ah!, trasladámola á Comisión Informativa ou ¿quere o Sr. Pauliño debatela?. Ten a palabra o Sr. Pauliño Del Río Iglesias. Sr. Del Río Iglesias.- Ben, moitas gracias Sr. Rafael Louzán. Ben, isto é, supoño que todos vostedes terán copia deste asunto, esta é unha moción que presentamos a petición dos veciños de Gondomar, en concreto da parroquia de Chaín, todos vostedes teñen ó seu dispor un informe que os propios veciños fixeron chegar a esta Deputación o día 14 deste mes, onde indica a perigosidade desa estrada nas condicións nas que está, o tránsito que ten e que habería que, dalgunha maneira, intentar solucionar ou paliar a seguridade do tráfico nesta estrada. Hai unha petición que se mandou a esta Deputación por parte de mil veciños desa parroquia, de usuarios desa estrada, e polo tanto o que facemos nós é simplemente recoller esta petición, creo que é unha petición bastante sensata e se trata de mellorar as condicións de vida e de seguridade dos veciños e veciñas, e polo tanto, creo que supoño que estaremos todos de acordo en que haberá que solucionar este tema de seguridade, como noutras estradas provinciais do noso concello anos anteriores xa fixo esta Deputación. Polo tanto, sen máis, voulle ler a proposta de resolución, que se trata de que se teña en conta. Sr. Presidente.- Eu lle propoñía, porque, como foi presentada no día de hoxe, digo eu, de, para que os técnicos nos informen e poder debatela na Comisión Informativa e despois traela aquí ó Pleno. Digo eu. Sr. Del Río Iglesias.- Eu estaría totalmente de acordo, pero se vostede le a, seguro que a leu, a moción, ten bastante, iso non entra en contradición con que os técnicos a estuden, non entra en contradición, e coa petición da moción, porque o que se di no primeiro parágrafo é, que se teña en conta o escrito remitido polos veciños e veciñas do concello de Gondomar, relativo ás medidas de seguridade e mellora por eles esixidas na estrada provincial, e de cantas outras os técnicos da Deputación Provincial estimen oportunas e necesarias. Supoño que estaremos de acordo en que as condicións de seguridade desa estrada son moi deficientes. Vostede sabe como está, non hai nin beirarrúas, non hai beiravías, e para colmo os quitamedos impiden que calquera veciño, que por necesidade ten que circular por esa estrada poida apartarse, porque os quitamedos o impiden. Estamos falando dunha estrada que pasa polo medio dunha zona densamente poboada, onde hai unha serie de perigos a diario, non sei cal é o problema en que o concello… Sr. Presidente.- Hai que vela. Sr. Del Río Iglesias.- Que se tome en consideración o escrito dos veciños e que se teña en conta o que din os técnicos. O segundo punto, é que se proceda en consecuencia, é dicir, a facer un estudo de seguridade vial e conforme a iso se acometa unhas obras. Sr. Presidente.- Xa, pero Sr. Pauliño nós temos que pasala á Comisión Informativa, e despois, porque senón ademais crearíamos creo que un precedente, pasámola alí á Comisión Informativa e vostede tranquilo que dentro de 15 días xa se debate aí e se pide os informes técnicos correspondentes, traémola aquí ó Pleno xa no mes que vén para que vostede poida, por exemplo, agora que estamos a días de campaña electoral, pois vender un pouco o tema e tal, e despois ó final facémolo. Porque eu sei que se é unha cousa de sentido común verá como o facemos. Eu lle propoño iso. Sr. Del Río Iglesias.- Ben, eu agradézolle e eu sei da súa boa disposición. Eu como non veño aquí a facer campaña electoral, ó mellor vostede como si vén, vostede como vén, pois ó mellor cre que, aquí se instrumentaliza esta institución. Sr. Presidente.- Digo eu. Sr. Del Río Iglesias.- Non, non, eu o que digo é que esta moción está presentada, é o escrito dun millar de veciños que transitan por esa estrada, ó mellor a vostede, quere, xa sabe o que fai, home, ¿que fai a FIFA?, cando non quere solucionar un problema crea unha comisión. Pois isto volvemos ó mesmo. Isto está, é moi fácil, hai outras veces, hai outras mocións, déixeme falar, xa sei que Gondomar lle pon dos nervios, pero tranquilícese, …, veña, … Sr. Presidente.- ¿Cómo?, a min, a min. Sr. Del Río Iglesias.- Tómeo con calma, deixe falar ós deputados. Sr. Presidente.- Non, non, voulle deixar falar a todos, eu digo, a min me gusta concretarlle para que vostede poida alí venderlle un pouco o produto e estas cousas, non lle parece. Sr. Del Río Iglesias.- ¿Sabe cal é o produto?. O produto é que hai que arreglar esta estrada, e o produto é que hai que facelo con urxencia, e o produto é que vostede que é propietario, esta casa é propietaria desta estrada, ten que porlle remedio. E se vostede quere aprobar esta moción que é absolutamente lóxica e racional, que non di nada do outro mundo. Sr. Presidente.- Pero di. Sr. Del Río Iglesias.- Perfecto. ¿que o quere facer hoxe?, pode vostede ir outra vez a Chaín e vendelo, pero eu non vou a ir. Sr. Presidente.- Non, pero eu podo ir. Sr. Del Río Iglesias.- Nin me vou sentar con determinada xente que está inhabilitada. Sr. Presidente.- Non, vostede non diga iso Sr. Pauliño, séxame prudente, séxame prudente. Sr. Del Río Iglesias.- Porque se vostede quere líar o debate liámolo, xa sabe que non hai problema, eu non teño problema. Sr. Presidente.- Na semana que vén vou a facer unha visita aí a onde vostede presentara unha moción, para vender aquel produto do campo de fútbol e xa vén comigo. Sr. Del Río Iglesias.- ¿Pero xa foi?. ¿Vai volver outra vez?. Sr. Presidente.- Outra vez. Sr. Del Río Iglesias.- ¿E vai levar o inhabilitado outra vez?. Sr. Presidente.- Imos os dous, vostede e máis eu. Sr. Del Río Iglesias.- ¡Ai, ides os dous!, pero eu non son inhabilitado, igual non lle gusta. Sr. Presidente.- De momento alí non hai inhabilitado nadie. Sr. Del Río Iglesias.- Si, si, cando foi desta volta, cando foi desta volta estaba sentado un señor que está inhabilitado por prevaricación, e sentouse ó seu carón. Sr. Presidente.- Non, está confundido. Sr. Del Río Iglesias.- Tómese eses rabos de pasas para a memoria, é moi selectiva. Sr. Presidente.- Non, está confundido, falta só un mes e cincuenta días nada máis. Sr. Del Río Iglesias.- Que Dios te oia irmán. ¿Para que?, para que non estea vostede aí, ¿para o que queda un mes e pico?. Sr. Presidente.- Para que siga modernizándose Gondomar e avanzando. Sr. Del Río Iglesias.- E en loita libre e pelexa e líos intestinos e demais, e fraudes nas contas, etc., etc., ¿de todo iso estamos falando?. Sr. Presidente.- Non. Sr. Del Río Iglesias.- Non se preocupe Sr. Louzán, eu non teño problema, eu manteño a moción. Sr. Presidente.- Fágame caso. Sr. Del Río Iglesias.- Se vostede quere votar en contra, a urxencia está votada. Sr. Presidente.- Eu se quere, eu, só ten … Sr. Del Río Iglesias.- Se vostede vota en contra pois correcto, terá que explicalo. Sr. Presidente.- Quería ir da man, Sr. Pauliño, quería ir da man, no sentido de non votarlle en contra e dicirlle pasámola á Comisión Informativa e a traemos aquí dentro dun mes. Sr. Del Río Iglesias.- O problema é que, claro, hai tantas condicións de seguridade nesa estrada que vostede necesita un informe técnico para tomar unha decisión política, que é solucionar a seguridade vial, é o que me está dicindo, é dicir, vostede estase escusando nos técnicos para tomar unha decisión política que sabe que a ten que tomar, e como non a quere tomar agora pois evidentemente a lía, é a súa responsabilidade, de verdade créame que me sorprende a súa actitude. Sr. Presidente.- Polo tanto, ¿trasladámola á Comisión Informativa?, ¿ou quere votar?. Sr. Del Río Iglesias.- Non, non, manteño a moción. Sr. Presidente.- Bueno, pois votamos entón. Entón temos que votar en contra porque hai un apartado, é unha pena porque nós vamos a meditala e ver se realmente se pode actuar, se vai actuar como se actuou sempre cando era unha necesidade. Polo tanto, votos desta moción do Sr. Pauliño Del Río, do Bloque Nacionalista Galego, en relación a esta estrada provincial. ¿Votos en contra?. Partido Popular. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Pero de todas maneiras aínda que votemos en contra vamos a estudar e ver ese tema en cuestión e ademais coa urxencia que o caso o merece. ¿Máis?. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego en relación coa estrada provincial “EP-2302 Gondomar a Morgadáns, Parroquia de Chaín (Gondomar)”. b) Parte de información e control: 12.6062.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- En primer lugar los extractos de las Resoluciones dictadas entre el 22 de febrero y el 21 de marzo; y, asimismo, una Resolución delegando las atribuciones de la Presidencia durante los días 1 a 4 de marzo en el Sr. Vicepresidente, Sr. Figueroa. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 22 de febreiro e 21 de marzo do ano 2011 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. - De Resolución Presidencial de data 25 de febreiro de 2011, delegando as atribucións da Presidencia dende o día 1 ó 4 de marzo, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente desta Deputación, D. José Manuel Figueroa Vila. 13.6063.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. D. Pauliño. Un momentito Sr. Muradas, ten a palabra o Sr. Pauliño Del Río. Non, non, pero deixe falar ó Sr. Pauliño. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- En primer lugar agradecerle al Sr. Secretario que ya por fin esta Diputación tenga estructurado el orden del día como está dispuesto. Y casi viendo el talante final del Presidente, aquí en la parte de control, ruegos y preguntas, habría que abrir el debate de ruegos, preguntas y chascarrillos del Presidente. Sr. Presidente.- ¿Poñémolo así tamén?. Sr. Muradas Ramos.- Si. Después de año y medio un minuto antes de empezar el Pleno recibo una información de las obras adjudicadas en el plan anticrisis, que no me extraña que fuera reticente en darla, porque esta administración con esta capacidad de gestión que tiene, etc., sólo le llevó año y medio adjudicar estas obras, adjudicar que no ejecutar, por no haber seguido los consejos de la oposición para que fuesen los ayuntamientos los que gestionasen estas obras. Pero lo que está motivando la ausencia de este Pleno del Grupo Socialista, como queja del comportamiento antidemocrático y de transparencia anunciado en su discurso de toma de posesión, es no informar, no informar de este escandaloso apartado, de este plan, en que determina que el Sr. Presidente tiene para concesión directa el 20%, es decir, 14 millones de euros, es decir, más de dos mil millones de las antiguas pesetas. El Grupo Socialista no se resigna al ocultismo y a la falta de talante democrático y esta actitud de rémola democrática, de que no informe, no informe, en qué está gastando ese dinero que deriva de los impuestos de los vecinos. El Grupo Socialista se va a ausentar hoy nuevamente, como queja, como queja, de su actitud que nos parece un bochorno democrático impresentable, y damos por agotada la vía política y hoy ya hemos presentado por Registro, apelando ya a la vía administrativa, a ver si tenemos más suerte para conseguir esa información, que vista su resistencia me empieza a preocupar muy mucho, en qué demonios lo puede estar usted gastando para no informar a este Pleno. Sr. Presidente.- Sr. Muradas, ¿Cómo?, non, pode sentarse, pode sentarse, séntese, home e se quere marcharse márchese e tal, pero, ¿como pode ser tan demagogo?, porque eu pregunto, se aínda non adxudicamos todo o que é o plan, falta, como vostede acaba de comprobar, e o ten aí, e o ten na páxina web, se vostede acude á páxina web da Deputación ten toda a información. ¿Como pode ser tan demagogo en dicir catorce millóns de euros?; ¿que quere?, que lle fale dos trinta e tres millóns de euros que gastou Pachi Vázquez así a dedo e todo o demais. Pero nós, o que lle podo dicir neste caso, que do plan, desa parte do plan que vostede di practicamente non hai gastado nada dos catorce millóns de euros, e pode chamar a un alcalde seu, coreligionario socialista de Vilaboa, por exemplo, que estamos intentando resolverlle unha cuestión importante por ese plan, ou ó alcalde de Salceda, etc., pero de momento, a día de hoxe, practicamente deses catorce millóns de euros, non hai practicamente nada gastado, Sr. Muradas, practicamente nada, entón que fale de demagoxia, de non sei que, dous mil millóns, ¿que quere?, que lle recorde que o Sr. Pachi Vázquez gastou nunha depuradora en Cangas mil millóns de pesetas por urxencia e que aínda non se fixo hoxe; ¿que quere?, que lle recorde iso, ¿quere que lle recorde iso?; é un compañeiro seu, do seu partido, preside o seu partido, ou secretario xeral ou algo así, unha cousa así parecida, que vostede me fala, ¡Dios mío!, ¡Jesús!, ¡Madre mía! e tal, que teño que levantarme porque non sei que, pero sexamos normais, os políticos somos persoas normais, Sr. Muradas, somos persoas normais, que nos equivocamos, acertamos, cada un, evidentemente, vende a súa moto, porque agora veñen eleccións tal e entón vostedes a ver se sacamos unha foto cada día, nos levantamos e nos vamos a dar un paseo, se ó final están aí no seu banquillo sentados e é como senón estiveran, co único que dalgunha maneira temos aquí un debate é co Bloque Nacionalista Galego, sobre algunhas cousas interesantes, porque vostedes evidentemente tiñan un señor aí, que era Deputado, levaba vinte e tantos anos, era o máis antigo, e un ano antes se o cargan, non saben a quen nomean Portavoz, etc. Os seus problemas xa os sabemos Sr. Muradas, pero o que non é real é andar con este tipo de tonterías, ¿comprende?, porque son tonterías, e eu voulle dar datos, xa os ten aí, pero pode acudir á paxina web, o que pasa é que como non teñen argumentos, bueno, vamos alí a ver se armamos un pouco de barullo, non sabe, con barullo na área, vamos alí, facemos un pouco de ruído, levantámonos, marchamos, non sei que, porque o Pleno pasado, lle recordo Sr. Muradas, que o único que fixeron foi sentarse aí e levantarse, porque nin falaron, parecía o equipo dos caladiños, ese que lle chamaban o equipo dos caladiños, foi o que fixeron no Pleno pasado, e entón viñeron, e ala, sáquenos unha foto aquí que nos levantamos, e as persoas están cansadas diso, as persoas queren o que falabamos antes o Sr. Mosquera e máis eu, queren ver que hai intención de colaboración e que se demostra cada día, e o demostramos facendo cousas Sr. Muradas, esa demagoxia xa quedou no ano pasado, estamos en tempos de crisis, crisis tamén neste caso por actitudes políticas como a súa, ¿entende?, que hai que actuar doutra maneira, hai que pensar que aí fóra hai un montón de xente que necesita resolverlle os seus problemas, e non vir aquí con demagoxia, que eu sei que vostedes son moi demagogos, moi, utilizan todo, el fin justifica los medios, etc., etc. Pero sexamos sensatos, home, sexamos sensatos, que hai que ser sensatos na vida política, home, cada un fai dentro da súa marxe o que entende en cuestións, pero eu, ten un exemplo, chame ó alcalde de Vilaboa, chame ó alcalde de Vilaboa e lle pregunta, oe, ¿cómo actuou o Presidente comigo ante un tema importante e tal? que tiña a maiores do plan anticrisis, un problema e se lle acaba de resolver. Home, fale co alcalde de Vilaboa e lle dará unha información adecuada e axeitadiña, para que vexa, que é un corelixionario seu, é evidente que se fora un compañeiro seu de partido político, xa eu houbera chamado á Xunta, porque tiña un problema deses, o único que farían é non collerme nin o teléfono. Pero eu ó contrario, o atendín, entendín que era unha causa razoable, un planteamento xusto e llo resolvemos, e llo resolvemos, ¿me comprende?, pois esa é a diferencia de actitudes, a súa con relación á nosa. Entón, estea tranquilo, séntese, debata, diga, oe, mira, este é o meu problema, este é o problema do Partido Socialista, e a partir de aí falamos, e andar con esas demagoxias, non sei que, ¡ai! ¡Dios mío! no se cuánto, no se cuánto más!, e todo iso, pero sexamos sensatos, se vostede o que nos pide aquí, nos pediu que incluiramos na orde do día aquí unha serie de cousas, xa llas incluímos, é razoable, é razoable, o método, vostede planteaba o método, si, incluímos aquí o método na orde do día, e non hai ningún problema, aquilo que sexa razoable, vostede nolo pide, nolo plantea e llo vamos a dar. Nós somos persoas de sentido común, vostedes non, unha maioría non, unha maioría importante, pero nós somos persoas de sentido común, ou sexa, estea tranquilo, vostede reláxese, e xa digo, reclame o que crea que é de reclamar, pero déixese de pamplinadas, porque ó final son pamplinadas, ¿entende?, déixese de pamplinadas e axústese ó que realmente é, facer o seu labor de deputado. Sei que teñen un papel difícil diante, pero, ¿que lle vamos a facer?, hoxe tocoulle a vostedes e mañá pode tocarlle a outros. ¿Vale?. Polo tanto eu só lle pido iso. Ten a palabra. Sr. Muradas Ramos.- Sentido común se lo pido yo a usted, primero cuando salga de aquí no se a quién tengo que llamar si a Pachi Vázquez o al alcalde de Vilaboa, no tengo ni idea, después del chorreo que me acaba de meter no se a quién tendré que llamar primero. Sr. Presidente.- Non coñece. Sr. Muradas Ramos.- No lo se. Ahora, demagogia la suya, cinismo el suyo, después de dos plenos viene aquí y nos dice que de eso casi no se gastó nada. Sr. Presidente.- Non, pois é a verdade. Sr. Muradas Ramos.- Tenga cuidado, tenga cuidado con lo que acaba de decir ahora y no lo voy a olvidar, porque en esta casa algún funcionario va a tener que certificar a día de hoy lo que está gastado de esos dos mil millones. Sr. Presidente.- Si. Sr. Muradas Ramos.- Ya se lo adelanto ahora, algún funcionario va a certificar. Sr. Presidente.- Pero non hai ningún problema. Sr. Muradas Ramos.- Aplicación de la ley, no porque lo pido yo, no porque lo pido yo, hablando se entiende la gente, usted es que es un cínico redomado, porque ya me aceleró, o sea, porque aquí primero vimos la fase de la cesión de los caminos, déjeme hablar. Sr. Presidente.- Non insulte, sen insultar, sen insultar. Sr. Muradas Ramos.- Bueno, un cínico de acuerdo, retiro lo de redomado, lo retiro. Sr. Presidente.- Actitudes políticas as que queira pero … Sr. Muradas Ramos.- Tiene una actitud cínica, ¿le gusta así?, ¿le gusta una actitud cínica?. Claro, después de estar boicoteando, boicoteando. Sr. Presidente.- ¿O que?. Sr. Muradas Ramos.- La carretera de San Julián de Marín, intentó, si, por activa y por pasiva, que me casque a mi ahora aquí que hablando se entiende la gente, cuando usted tiene una copia de este escrito, de hace tres meses, del alcalde de Marín, para hablar con usted y solucionar el tema; y tener que venir yo aquí a un Pleno, a ver como la Diputación en ese camino, en esa carretera provincial, que van a reponer, van a poner aceras no se que y se come las expropiaciones la Diputación. Sr. Presidente.- Non, de momento está sobre a mesa Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- ¿Cómo?. Está sobre la mesa por defectos técnicos. Sr. Presidente.- Non, non. Sr. Muradas Ramos.- No, no, no, no. Quedó sobre la mesa por defectos técnicos, pero no por financiación, no por quién tiene que expropiar, y ya le anuncié, ya le anuncié que cuando se estrenaron con Marín, con eso de la disponibilidad de los terrenos esto iba a evolucionar, iba a evolucionar, si, a evolucionar como el camino de Lalín que la Diputación tramitó las expropiaciones, y ahora ya damos el salto de gracia y ya nos lo comemos todo, y estábamos, y con Marín con el dinero ingresadito en esta casa, con el 30% ingresado en esta casa, y con escrito de reiteradas peticiones de reunión con usted, del alcalde, y no lo recibe, o sea, que no me hable de voluntad, no me hable de voluntad. Y mire, como no me puedo creer, como no me puedo creer, no me lo creo, no me creo su demagogia, eso si que es demagogia, de decir, después de dos plenos, que usted de esos dos mil millones no se gastó nada, no me lo creo. Sr. Presidente.- Nada non, díxenlle que hai moi pouco gastado, hai moi pouco gastado diso, hai moi pouco gastado diso. Sr. Muradas Ramos.- Ya lo veremos, ya lo veremos, ya lo veremos. Sr. Presidente.- Pois xa o verá, e despois a ver se o di aquí publicamente. Sr. Muradas Ramos.- Ya lo veremos, que lo vamos a saber, que ya agotamos la vía política y usted lo que es la transparencia desconoce lo que es, y la democracia con su perfil cultural le queda muy difícil de asimilar, mucho. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Mire, era por unha cuestión que en principio non debería afectar a esta casa pero que o Sr. Presidente tivo a insistencia, tivo, creo que o mal gusto e a insistencia de traelo cantidade de veces e sacalo nos plenos. Perdón. Sr. Presidente.- Si, si. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vostede acórdase que aínda no último Pleno criticou, cuspiu ó aire coa cuestión esta de falta de delicadeza, de formas, de que se na Xunta bipartita, non sei que maldades se facían en relacións institucionais, ¿verdade?, foi unha liña, bueno, pois tivo tan mala sorte, tan mala sorte, que ese mesmo venres, ese mesmo venres, o Sr. Agustín Hernández, que creo que é conselleiro, veu a un edificio municipal sen pedir permiso, para presentar un proxecto que afecta única e exclusivamente a propiedades municipais, sen comunicarllo ó concello, sen presentarllo ó concello, sen pedir permiso nin nada. Sr. Presidente.- Non sei. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, foi, foi na Casa da Cultura de Monteporreiro e despois veu asinar un convenio, un convenio que era tripartito entre Concello, Consellería de Industria e Fenosa, veu tamén el, exactamente non sei, esa é a Consellería de Industria, non sei como o pasaron, aí veu asinalo con Fenosa, outra vez de ocupa nunha casa, na Casa de Cultura, sen pedir permiso e excluíndo ó concello. Os feitos están aí, é dicir, que non é, os feitos están aí, digo que non se pode cuspir ó aire, e entón aquí a nós éntranos unha dúbida, porque este señor, o Sr. Agustín Hernández foi funcionario desta casa, foi Director Xeral con Cuíña e demais, co finado de Cuíña, e no momento, quero dicir, cando era o finado de Cuíña Conselleiro, estas prácticas non as tiña, non as puido aprender, parece que aprendeu de vostede na época máis bronca, e agora vostede cámbiao, afortunadamente para o seu ben, eu creo que lle tiñan que dar se cadra outras clases, que vaia cambiando, claro, porque o está deixando nun compromiso, ¿non?. Porque vostede aquí dicindo que non sei que maldades se facían na Xunta, e despois alguén vén a deixalo co cu ó aire facendo cousas destas que dubido eu moito que se tiveran feito, se se teñen feito ou non, son criticables, o venres pasado, o Pleno pasado, hai un mes, nos quixo dar unha lección diso e resulta que ese mesmo venres á noite o deixan... Eu francamente, non sei, vostede é Presidente, el é afiliado aquí en Pontevedra, como Presidente Provincial dígalle, non, home, non, isto xa cambiou, non se poña naquela época bronca e tal, agora hai que facer as cousas doutra maneira, eu pedíalle que llo recomendara, creo que polo ben de todos. Sr. Presidente.- É un funcionario exemplar, un extraordinario Conselleiro e polo tanto falarei desa cuestión porque creo que iso é bo para a vida política que non, vamos, pero el, vamos, nese sentido actúa con cordialidade, iso seguro. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Como?. Sr. Presidente.- Que actúa con cordialidade, iso si eu llo digo, independentemente de que vostede, é que eu non sei se foi alí en calidade de que o invitaron os veciños, eu non sei quen o invitou, ó mellor invitárono, eu non sei quen o invitou para ir a ese acto, entón, bueno analizaremos iso, non sei, ó mellor. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, eu dígoo simplemente porque eu podía seguirlle contando exactamente os derroteiros que está collendo este señor, polo menos en Pontevedra, nunca se veu, nunca. Sr. Presidente.- Estea tranquilo, o que pasa é que agora é a voráxine electoral de que o 22 está moi preto e hai cambios en Pontevedra. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Que va!, ¡que va!, mire, mire, vamos a ver, nin tan sequera esiximos, que non, mire, nós non montamos ningunha bronca, sabe vostede. Sr. Presidente.- Xa sei. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, mire, nin tan sequera lle esiximos, que non, mire, nós non montamos ningunha bronca, ¿sabe por que?, mire, por exemplo o de Pasarón, non, que citei antes, vostede non estaba, home, saía gañando a Deputación, bastantes cartos, se consultara ó concello e lle autorizara a facer a foto, pediría seguramente un seguro. Sr. Presidente.- Pero a min non me consultaron. Sr. Mosquera Lorenzo.- Imaxínese o que ía aforrar esta casa co seguro, se houbera seguro de obra, seguro de, bueno, do consello de administración do Pontevedra … e seguro do céspede, imaxínense o que se ía a gañar. Bueno, nin nos queixamos, ¿vostede veu que nos queixaramos cando foi facer a foto?. Que faga a foto, home, que sala guapo, nin nos queixamos, non é o noso estilo, pero este señor estase pasando. Sr. Presidente.- Esa é unha foto da capacidade de xestión do PP, máis ou menos … capacidade de xestión do Partido Popular. Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Pauliño. ¿Non me quere acompañar entón a Chaín?. Sr. Del Río Iglesias.- Eu, para, díxenllo unha vez e vólvollo a repetir, eu polo ben dos veciños e veciñas vou con calquera, dentro dunha orde. Sr. Presidente.- Non, porque vostede defendera aquí no Pleno, ¿non se acorda?. Sr. Del Río Iglesias.- Pero, a ver. Sr. Presidente.- Que votaramos a favor do campo de Chaín. Sr. Del Río Iglesias.- ¿Quere vostede preguntarme a min?. Eu non hai problema, non hai problema, non hai problema. Sr. Presidente.- Non, eu dígollo … Sr. Del Río Iglesias.- Pregunte, ¿se vou a ir ó tema do campo de Chaín con vostede?. ¿Quere que vaia?. Sr. Presidente.- Non, digo eu, non sei se é ben recibido alí, supoño que si, ¿supoño que é ben recibido alí?. Non sei. Sr. Del Río Iglesias.- ¿Non o sabe?. Sorpréndeme a súa ignorancia. Sr. Presidente.- Por iso que non o sei, eu quero que mo diga vostede. Sr. Del Río Iglesias.- Mire, tivo vostede un escrito o día 14, ¿verdade?, asinado por mil veciños, onde parece ser que hai unha serie de prioridades na parroquia, ¿verdade?. Todos sabemos que o campo de herba de Chaín, que espero poderlle contestar satisfactoriamente a estas preguntas, e saben ademais que empeza a entrenar para os próximos catro anos, a facer preguntas a quen estea aí. Sr. Presidente.- Eu estou en forma. Sr. Del Río Iglesias.- Por iso. É unha lástima que non teñan coherencia. Sr. Presidente.- ¿Nós?. Sr. Del Río Iglesias.- Si, si, vostede. Porque mire, esa demanda veciñal de hai catro anos, 2007, estamos no 2011, 2007 Sr. Louzán, ¿verdade?, este goberno fantástico de Gondomar que quería provisionar os cartos do concello antes de que houbera un convenio coa Deputación e antes de que os veciños estiveran de acordo ou non en facer, ¿a día de hoxe como está ese tema?, ¿sábeo vostede?. Voullo dicir, non hai nada de nada. Ben, en segundo lugar, ¿falou vostede coa Comunidade de Montes de Chaín? propietaria dos terreos ó respecto, ¿solucionou vostede o tema do IBI que vai a levar aparellado o campo de herba de Chaín?, ¿vai ser compatible ese campo con outras melloras básicas imprescindibles na parroquia?. Sr. Louzán, se ten algún problema fale comigo, véxoo bastante desorientado. En Gondomar, xa llo dixen, vostede toca de oídas e é unha pena, vostede toca de oídas e é unha pena porque temos un banda de música e unha Escola de Música en Vincios que ben poderían buscarlle sitio a vostede, e agora que vai ter espacio. Sr. Presidente.- Vou ir a visitala a semana que vén, porque vai a moi bo ritmo, xestión do PP. Sr. Del Río Iglesias.- Non sei se vamos ser quen de aturar tantas veces ó Sr. Louzán en Gondomar. A última vez que foi caeu un poste da luz, espero que non pase iso desta volta. Sr. Presidente.- Na última ata coincidín con aqueles que habían acudido aquí, quixémolos invitar, pero non quixeron tampouco recibirnos así moi, nun establecemento público, díxenlle eu, home, pero independentemente das diferenzas e dos insultos nós somos persoas normais, encima coincidín con eles e estiveron alí, separados, para que correra o aire, pero nada máis, separados de sitio pero dentro do mesmo espazo público. Fíxese onde coincidimos, eu non sei se viñan eles detrás nosa, porque os primeiros en chegar alí fomos nós, eles chegaron despois. Sr. Del Río Iglesias.- Vostedes sempre son os primeiros. Sr. Presidente.- ¿Entende?, entón, imaxínese. Sr. Del Río Iglesias.- ¿Ten algunha máis pregunta?. Quere que lle conteste algunha dúbida, en fin, vostede pregunte Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Alí podemos aclarala sobre o terreo, sobre o terreo, como vou a estar alí moito tempo e moitas veces, sobre o terreo. Sr. Del Río Iglesias.- Vostede ten un funcionariado eficaz e un sistema de secretaría, pois que se poñan en contacto con este humilde deputado e podemos solucionarlle calquera tipo de dúbidas, presentarlle a … Sr. Presidente.- Que todo sexa polo ben de Gondomar. Sr. Del Río Iglesias.- Efectivamente. Sr. Presidente.- Moi ben. ¿Algunha cousa máis?. Sr. Del Río Iglesias.- ¡Ah!, bueno, en fin, senón ten vostede máis que preguntar, iso está ben, mire, leva vostede quince días, non terá nada que ver, evidentemente, co período electoral, pero mire, despois falamos de contención do gasto e despois falamos de que non hai que despilfarrar os gastos públicos, e entón, vostede, a min me parece unha persoa razoable, me gustaría saber senón considera un despilfarro de cartos públicos, vostede, non me fale do bipartito, etc., etc., vostede, se dende primeiros deste mes, todos os días e festas de gardar, hai unha páxina da Deputación Provincial, e digo ben, Deputación Provincial, nos periódicos locais de Vigo. Mire, aquí a ten, mire aquí unha, esta é do día 10, en todos, cando menos en dous periódicos, “las Rías Bajas se promocionan como destino de calidad”, outra, pero temos que ó día seguinte, o 17, “el mundialito, una apuesta por la integración. La Diputación de Pontevedra”. Aí a ten Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Está vostede ben informado, así me gusta. Sr. Del Río Iglesias.- Eu procuro estalo, procuro estalo. O domingo 20, era domingo, que menos, que temos máis tempo para ler, catro, non unha, catro Sr. Louzán, catro, aquí as ten, todas para vostede, non sei se terá cociña de ferro, pero dende logo isto para prender dálle para todo o inverno, aí as ten Sr. Louzán. Mire, o martes volvemos a unha páxina, porque era martes, “Turismo Rías Bajas”, xa vou traducindo eu, ¡eh!, porque isto de baixas sona mal, “el séptimo destino más visitado de España”, outra máis, Sr. Louzán. E isto multiplícao por dous ou por tres. O 23, mércores, “la Cultura una de las grandes apuestas de la Diputación en Vigo”; outra folliña máis, ¿qué lle parece?. Vai tendo sitio por aí, porque non vamos … Sr. Presidente.- Así me gusta ver un Deputado ben, ben informado … Sr. Del Río Iglesias.- “La Cultura, una de las grandes apuestas”, e aí está repe, e incluso, a de hoxe non a puiden coller porque tiven que vir, pero onte idem. de lienzo, “Las actividades de la Diputación ocupan el centro de Vigo”. Aquí ten, se isto é contención do gasto, ¿verdade?, se isto non é despilfarro de cartos públicos, vostede mo dirá, porque ó mellor co que temos enriba da mesa, home, eu faría unhas poucas cousas, eu faría unhas poucas de cousas, porque ó mellor estamos falando de moitos cartos públicos, de moitos, e vostede tenos aquí, podíaos ter empregados noutras cousas, nunha época de austeridade e de recorte do gasto, isto é impresentable Sr. Louzán, impresentable, porque espero non ter que escoitalo, rexeitar aquí unha obra ou un servizo porque non hai cartos, espero non ter que escoitalo. Pero a maiores, evidentemente, temos a normalización lingüística do Sr. Louzán e do PP, todas estas follas están escritas en español, íntegramente en español, todas e cada unha delas, pero a maiores ata lle cambiou o nome a esta casa, ata lle cambiou o nome a esta casa, xa non se chama a Deputación de Pontevedra, agora é a Diputación de Pontevedra. É curioso, fíxese vostede, incluso vostede no entroido, porque isto vamos avanzando, no entroido vostede emitiu … Sr. Figueroa Vila.- As do Bloque e as do PSOE, as do Bloque de Vigo. Sr. Crespo Iglesias.- ¡Oíches!, os monólogos vémolos no teatro. … Estamos en rogos e preguntas, eu os monólogos vounos a ver a un teatro. Sr. Figueroa Vila.- ¿As do Bloque de Vigo non están aí?. Sr. Del Río Iglesias.- ¿Quérenme preguntar algo?. Adiante. Sr. Figueroa Vila.- Si, si, ¿se as do Bloque de Vigo non están aí?. Sr. Del Río Iglesias.- Non. Sr. Figueroa Vila.- ¡Ah!. Sr. Del Río Iglesias.- ¿Contesteille?. Sr. Crespo Iglesias.- … (Escoitase falar pero non se percibe o que di). Sr. Del Río Iglesias.- Ben. Espero que o penitente, que lle pido de aquí desculpas, que está gravando esta gravación, por favor, pídolle desculpas e retire esa palabra inapropiada do Sr. Crespo porque eu supoño que agora xa lle entrou a fame … Sr. Presidente.- Sácanse dúas conclusións, porque o Sr. Pauliño é un deputado ben informado, ben informado, ademais faille un seguimento ó … Sr. Del Río Iglesias.- Mire, aquí no programa de entroido, perdón, de carnaval, poñía Deputación, nos anuncios xa vamos un chance máis alá, xa somos a Diputación. E eu creo que debían de quitar esa careta e chamarlle xa, porque iso de la Xunta, xa queda mal, déanlle un paso máis, chámenlle “la Junta”, e non de Galicia, “la Junta del Noroeste Peninsular”. Que para vostedes os fanáticos e talibáns que os alentan seguro que quedarán encantados. Mira, esta folla da Deputación Provincial está traducida do galego, está traducida, porque se lles colou aquí, claro, este é o problema de cortar e pegar, está todo evidentemente en español pero dirixido a, ¡vaia por Dios!, se lles colou iso, ¿verdade?. Entón, empezamos co Boletín Oficial de Pontevedra, ¿acórdase?; rotulación das estradas, ¿verdade?; seguimos cos programas e agora toda a propaganda, despilfarro, vostede poderá chamarlle, están nun idioma que debe de ser moi querido por vostede. Sr. Presidente.- Nós somos defensores do galego. Sr. Del Río Iglesias.- Eu gustaríame, si, si, si, mire, ¿sabe quen é?. Sr. Presidente.- E promotores del. Sr. Del Río Iglesias.- Voulle facer dous regalos hoxe, un é un calendario, de verdade, que editaron, que me regalaron a min uns rapaces dunha escola, ata ten un laciño rosa, regálollo para que non crea que é algo usado … Sr. Presidente.- E o recibo con cariño, con … Sr. Del Río Iglesias.- ¿Verdade?. A metade das palabras referidas á auga que están escritas neste calendario os universitarios non as entenden, este é o idioma que vostede e o seu partido está colaborando en exterminar, non o vai a conseguir. E despois lle vou a facer outro agasallo, unha páxina dun xaponés, mire por onde, … Sr. Presidente.- A tanto non chego. Sr. Del Río Iglesias.- … Que escribe en galego, non se preocupe, escribe en galego, a páxina é “Cuadrilin”, hai xente de Xapón que ó mellor tenlle máis respecto por este idioma que vostede e o Partido Popular. Polo tanto, gustaríame saber, agora remato Sr. Crespo, se vai seguir con esta política, se vai seguir sen contestar, ¿cantos libros, no 2009 e no 2010, se editaron por esta casa en galego?, en relación ó total, pregunta que leva meses sen contestar. E ó mellor deberían, en vez de tanto despilfarro ter en conta algo máis de tema que lle preocupa á xente, entre outras o Grumir, Sr. Louzán. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Pauliño. É evidente, porque senón eu tiraríame tamén moito tempo falando aquí, e iso vámolo falar vostede e máis eu tomando un café, pero falar da Habana e dos mojitos e de todo iso non creo que sexa cuestión, nin merece, porque iso, en ningún momento, nin de austeridade, nin calquera momento, debe ser, evidentemente, obxecto de gasto dunha administración. Polo tanto, non vamos a, pero bueno, o importante é que o gasto se faga en Galicia, en Pontevedra, en todo caso o que haxa que facer, pero xa digo, non vamos agora vostede e máis eu a falar largo e tendido, creo que non é o momento diso, somos uns grandes defensores e promotores do galego, non creo que haxa institución coma esta na defensa precisamente do noso idioma, aínda que outros, como vostede, queren atribuírse que son os grandes defensores do tal, neste caso o idioma non debe ser algo para utilizar como agredir uns contra outros, senón para defendelo na medida das posibilidades que temos, e sobre todo temos que ter en conta que a sociedade que está aí, na rúa, tamén fala, tamén sente, tamén di o que realmente quere, e sobre todo o idioma, o que nunca quere é imposición, o que quere dalgunha maneira é harmonización, uns poden falar, xa digo, castelán, galego, inglés, chino, japonés, o que faga falta, e polo tanto debemos ser respectuosos con todo iso. Eu sei do seu traballo minucioso na revisión do labor que esta casa fai cada pouco, que vostede segue diariamente a través dos medios de comunicación, pero tamén é importante que o faga a través desas páxinas porque así, bueno, recordamos o que é verdade, o que facemos, que creo que é importante, e xa digo, pero como vamos a ter tempo largo e tendido, vostede e máis eu, faremos un apartado para esas cuestións e velas todas unha por unha. Sr. Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Bo día a todos e a todas. Ten vostede razón Sr. Presidente, o idioma é libre e cada un pode utilizalo como quere, ou, pero a administración e o que é a Deputación, ten a obrigación e o compromiso de defender o noso idioma, iso ten que ser un dos principios desta casa, ¿non?, e non tirar contra el. En relación, xa fai, o meu compañeiro lle fixo mención, eu dende outubro fixen unhas preguntas relacionadas co tema da Imprenta, ¿cantos libros se editaron?, e sigo esperando dende outubro. Gustaríame, que por favor, se me conteste a este tipo de preguntas que levo feitas. E no último Pleno, tamén fixen unha pregunta relacionada co plan provincial de emprego, estou esperando resposta a esa pregunta. E por último, aínda que a min esa lei, que foi unha lei que fixo o Partido Popular, non me guste, teño que aceptala e cumprila, e lle pido a vostedes que revisen o que están facendo co tema das subvencións porque están incumprindo a lei. Mandan un escrito ás asociacións dicíndolle que a xustificación con facturas será como mínimo polo importe que se lles concedeu, e a min a lei non me gusta como está, pero foi unha lei do Partido Popular, e vostedes están incumprindo a lei. Revisen iso por favor. Sr. Presidente.- Revisaremos entón, revisaremos, revisaremos. Moitas gracias. Bueno, moitas gracias ós compañeiros e compañeiras que están aquí e se levanta a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición