ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.141
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2011/02/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/3.2011-02-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/02/25_Ordinaria

  • Data(s) 2011-02-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 43 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 25 de febreiro de 2011 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e cinco de febreiro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Carlos Comesaña Abalde, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo ó Pleno da corporación provincial. 1.6045.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de xaneiro de 2011. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de xaneiro de 2011. 2.6046.- APROBACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL E ESTRADAS DO ANO 2011 Sr. Presidente.- Punto número dous. Aprobación do plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2011. Ten a palabra o Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, creo que este plan, a parte da súa contía que se segue reducindo, pois, estamos todos sanos e dicindo unha dobre cuestión, por un lado que está repartido con criterios, con certos criterios obxectivos o cal está ben, pero por outro lado que eses criterios obxectivos fan uns sesgos tremendos que habería que intentar corrixir. Un ano e outro se di que si, que despois noutros plans, pero a realidade é que non é a verdade, porque ó poñerlle eses 30 mil, que o fixo, pois dá unha proporción que é francamente moi desaxustada, e concellos, que vamos, que teñen catro veces, dez veces máis tensións que outros, pois resulta que levan, se cadra, o dobre, hai aí un desaxuste que vostedes non queren corrixir. En base a esas dúas cuestións, pois que por un lado, que está repartido con plans obxectivos e que son as obras que piden os concellos, polo tanto votaríamos a favor, e por outro lado, cos criterios pois, están mal e non os queren corrixir, e polo tanto pois, levaríanos, bueno, ímonos a abster no plan. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Cesáreo Mosquera. Non sei por parte do Partido Socialista ¿hai algunha intervención?. Non. Polo tanto ten a palabra D. Perfecto Rodríguez Muíños. Sr. Rodríguez Muíños.- Si, bos días Presidente. Só para matizar. Que bueno, os criterios se levan tendo dende fai moitos anos, e sen prexuízo, ó establecer unha contía mínima de 30 mil euros, e que si soamente, e para que polo menos estes proxectos para cada concello teñan, polo menos, unha mínima entidade, se nós escribimos exclusivamente os datos de superficie e poboación sen fixar un mínimo, pois habería concellos que quedarían nun plan para un proxecto dunha contía tan pequena e tan indeterminada que practicamente pois, quedaría sen sentido, cremos que, o peor deste plan é que cada ano se vai reducindo, pero non é loxicamente por culpa desta Deputación, se non que bueno, a nivel de estado, dende fai moitos anos, e vén case reducindo este plan provincial de cooperación, pero creemos que os criterios dentro do que cabe, pois é o máis obxectivo e garantiza polo menos un mínimo orzamento para cada concello, para que poda abordar unha obra dunha mínima entidade. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si grazas Sr. Presidente. Mire, eses argumentos levámolos escoitado moitos anos, e podemos darlle a razón para este plan, pero é que resulta que houbo un plan de 75 millóns no que os concellos pequeniños tamén saíron beneficiados con respecto os tal. E despois falamos de que hai… os concellos cando están primados por esta casa, están canto máis, ou sexa se o seu concello se dividira en tres, levaría o dobre do que leva agora, bueno non está ben feito, sabemos todos por que é, neste plan se cadra, por rutina, pero no outro non, no outro é porque vostedes gobernan máis concellos pequenos e seguimos así por cuestións tácticas, de que se teño o goberno aquí non teño alá, ¿verdade?. Pois digamos, repartindo en función de que exista un concello pequeno e non en función da necesidade da poboación que hai en cada concellos. Mire, mellor non entramos nese debate, nos levaría tal, nos levaría a bastantes profundidades, entón aclárense se están pola fusión dos concellos, como ese señor que está así diante súa, ¿verdade? o Sr. Crespo, se están por primar que haxa concellos pequeniños, pero claro, con este tipo de reparto, por exemplo o concello de Lalín, que creo que é o máis grande da provincia, se se repartira en dez resulta que se levaría moitos máis cartos, no plan este de infraestruturas da Deputación dos 75 millóns, tamén levaría moitísimos máis cartos. Entón haber, como se casa con que os concellos pequenos teñan que fusionarse, debían de saír primados, non saen primados e non se fusionan, haber….levaríanos a unha cuestión de bastante longo percorrido, que non sei se é o momento tal como vén o plan, pero o que si está claro, é que esta casa, no reparto de fondos para obras e demais, está primando extremadamente os concellos pequenos. Eu que se dividan os concellos porque así, saen beneficiados, o que ten que ter unha estrutura funcionarial ou o que sexa, vamos custosa, pero o que é esta casa en canto o seu reparto faino así, entón se queren deixamos o asunto así e senón entramos no debate de fondo do que fixeron, das contas, que fixeron cos 75 ¿verdade?, cos 75 millóns a ver cando lle tocaba, cando lle tocaba os gobernos do PP, canto non sei que, é como por desgraza funcionan vostedes, non digo neste caso, pero vén arrastrado por toda a dinámica dos outros, porque o que se nos dixo aquí, a este plan que temos votado a favor varias veces, é que despois se corrixiría esa prima que teñen os concellos pequenos, se corrixiría con outros plans, e a realidade é o contrario, e que se reforza con estes plans. Ou sexa, que non ten sentido que Mondariz Balnearios ou que Dozón ou que Cesures leven, pois 32-35 mil euros, pois o seu concello non sei cando levara, pero probablemente 50, non me acordo agora, pero 50, cando os multiplican en poboación e non digamos en extensión, non ten sentido. Que o plan ten criterios, pode ir así, aceptámolo, pero claro se despois se corrixe, pero ó contrario, seguen na mesma liña, e incluso co outro plan que é, desa contía que se fixo nesta Deputación. Moitas grazas. Sr. Presidente. Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Perfecto Rodríguez Muíños. Sr. Rodríguez Muíños.- Si, sen entrar non debate de fondo de fusión e demais que está plantexando o Sr. Mosquera. Soamente dicir unha cousa, é dicir, este plan tense que adaptar á realidade actual, e ós concellos coa poboación e superficie que teñen na actualidade, e loxicamente todos somos conscientes que no sistema de financiamento, no cal á nivel estatal e incluso á nivel autonómico pero sobre todo a nivel estatal, os concellos pequenos saen prexudicados, é dicir a parte de ter en conta a poboación, incluso conforme vai baixando a poboación, a porcentaxe de participación no tributo do estado redúcese, entón dalgunha maneira unha das funcións que debe de ter a Deputación que é de garantir un equilibrio territorial e un mínimo de servizos, pois loxicamente, nestes plans é lóxico que dalgunha maneira se primen os concellos pequenos que na financiamento xeral estatal e autonómica saen beneficiados, ou sexa, que se pode dicir, que nesta situación actual algunha administración sae beneficiada na financiamento, que non sería o caso, pero si que os concellos pequenos normalmente saen claramente prexudicados. Entón, nestes plans de cooperación o normal é que dalgunha maneira unha das funcións da Deputación debe de ser de equilibrar ese tema, pero bueno, non vamos a entrar agora no debate, senón adaptarnos á situación actual, e a este plan en concreto, sen entrar noutros plans. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera, de novo, me parece. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, se se quere acabar, quero dicir, digo, agora cando se escoitan cousas como as que acaba de dicir o que exerce de portavoz, pois necesita unha aclaración, ou sexa mire, cámbiolle, digo, se falamos de concellos, pero se vostede o que quere é prestar servizos, que non ten obrigatoriedade, financiamento dos concellos, prexudícalle ós pequenos, pero se ten que prestalos benefícialle, explico, é dicir, un concello por exemplo de máis de 20 mil, pois recibe, supoña 270€ por habitante, ¿vale?, pero ten que ter bombeiros, e un que non chegue ós 20 mil, percibe 250, pois nada, 250 e quitamos os bombeiros e o concello sae beneficiado, e podemos ir alí servizo por servizo, e verá como sae beneficiado, porque…si, si, si seguro. Claro, porque o que manda a maiores é para financiar novas obrigas, se vostede non se mete nas obrigas que non ten, polo tamaño do concello, está igual de ben financiado, é mellor, un pequeno que un grande, pero bueno, levaríanos, porque o financiamento a cambio…, e as obrigas sempre son moito máis caras que o financiamento que lle mandan, moito máis, moitísimo máis, entón digo, aclarar ese termo, porque entón tal. E por certo, esta Deputación non presta eses servizos, que iso si que se faría, ou sexa o seu concello, o concello pequeno, o concello máis grande, recibe máis cartos para prestar certos servizos, e ten obriga de prestalos e préstaos, o seu non ten a obriga, polo tanto, reciben os cartos pero está mellor financiado, porque esas obrigas son máis caras, poden estar seguros, son máis caras, moito máis caras, e quen tiña que compensar esas obrigas sería esta casa, que non o fai. Simplemente daría máis cartos para obras, ou sexa que en obras sae beneficiados os concellos pequenos, non é certo, pero bueno, digo para aclarar o que está dicindo que é certo que recibe menos, pero se o racionamos coas competencias, outra cousa que os concellos queiran exercer todos a mesmas competencias e máis, iso é outra cousa, pero o que é en canto a financiamento, para as competencias estritas as mínimas e obrigatorias que ten cada quen, saen prexudicados na financiamento canto máis obrigas teñen, ou sexa cando aparentemente lle mandan máis cartos por habitantes saen prexudicados, iso pode estar absolutamente seguro. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Perfecto Rodríguez. Sr. Rodríguez Muíños.- Coincido nos temas dos bombeiros, que si que é a única competencia que para os demais de 20 mil habitantes suporían un incremento importante do custe, e por certo, por iso moitísimos concellos de máis de 20 mil habitantes no teñen, non están exercendo esa competencia, pero si que tamén, temos que coincidir que moitas das competencias que se establecen na lei de base de réxime local, están desfasadas, poño un exemplo, é dicir, un concello de menos de 10 mil habitantes, en teoría non teñen unha competencia e ten equipamentos deportivos, poderíamos asumir hoxe que calquera concello de menos de 10 mil habitantes non teña nin unha soa instalación deportiva, ou non tivera, é dicir, bueno, hai que matizar, soamente abordar temas de saneamento e abastecemento de augas en concellos pequenos como pouca poboación, e cunha dispersión enorme. Bueno, sería un debate moi concreto, coincido no tema dos bombeiros, pero si eu creo que no actual sistema de financiamento local, que todos saímos prexudicados, estimo que os concellos pequenos saen aínda máis, pero creo que non corresponde agora abrir un debate tan largo sobre a financiamento local e o sistema de financiamento que podíamos botar aquí unha semana. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Vamos a proceder polo tanto á votación da aprobación do plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal tamén de estradas provinciais para o ano 2011. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o anteproxecto do “Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2011” e o informe do Servizo de Intervención sobre a verificación das obras propostas, e de conformidade co ditame favorable da Comisión informativa de Cooperación, de data 16 de febreiro de 2011, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: - Aprobar o Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2011, a teor do establecido de seguido. De conformidade co disposto no RD 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das Entidades Locais, modificado por RD 1263/2005, de 21 de outubro e Orde de 31 de xaneiro de 2006, procede a aprobación do Plan Provincial de Cooperación para o ano 2011, seguindo as seguintes estipulacións: 1) O Plan Provincial de Cooperación para o exercicio 2011, afectará a todos os concellos da Provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes. 2) As obras incluidas no Plan seleccionáronse en base ás propostas formuladas polos concellos, adicadas fundamentalmente a cubrir os servizos básicos municipais, conforme prevé o artigo 26 a), da Lei 7/1985, e as normas do Ministerio de Política Territorial. 3) A distribución municipal cífrase en base a un módulo fixo e igual para todos os concellos de TRINTA MIL EUROS (30.000,00€), e outro proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes de dereito e extensión territorial de cada termo municipal. A cantidade así obtida, co fin de que a achega do Estado non supere o 40%, repártese de tal sorte que sumadas as achegas da Deputación e do Estado fosen igual ó 70%. No concerniente á rede viaria provincial, os custes elixibles son distribuidos entre a Deputación e o Estado, tal e como dispón o Real Decreto, ó 50%. Non obstante, a Deputación achegará como custe non elixible o importe bruto de 190.776,34€, que se financiará a través da correspondente modificación de crédito. 4) Desta maneira o financiamento total queda como segue: ADMINISTRACIÓN IMPORTE Achega do Estado 2.242.576,78€ Achega da Deputación 1.834.835,59€ Achega dos Concellos 1.223.223,77€ Outras achegas 202.167,21€ TOTAL 5.502.803,35€ A cantidade que figura noutras achegas por importe total de 202.167,21 euros, é debido a que é achegada a máis polos concellos de Catoira, O Porriño, Salvaterra de Miño e a propia Deputación Provincial. As obras incluidas no Plan contémplanse no listado de ordenador que se achega. 5) Apróbase así mesmo o Plan de Actuacións Complementarias, facultándose á Presidencia a seleccionar os proxectos e propoñelos ó Ministerio de Política Territorial, para suplir anulacións de obras ou aplicacións de remanentes por baixas. 6) A Deputación delega nos concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluidas no Plan. Se por cualquera causa algún concello non aceptara esta delegación, deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponda, no momento de serlle notificada a aprobación definitiva. 7) Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente en canto ás normas de exposición pública e participación ás Administracións interesadas. 8) Este Plan considerarase definitivamente aprobado se trala análise polo Ministerio de Política Territorial non se fixeran observacións ó mesmo. Se se nos requirise para efectuar algunha modificación nas obras, por causas imputables ós concellos, que necesitasen acordo de rectificación do Pleno e conseguintemente nova exposición pública e informe da Subdelegación do Goberno e do Presidente da Comisión Provincial do Estado coas Corporacións Locais, estimarase anulada a obra, aplicando as economías como remanentes nas actuacións complementarias, tal como se establece neste acordo. 3.6047.- CAMBIO DE TITULARIDADE E POSTERIOR ENTREGA Ó CONCELLO DE FORCAREI DA ESTRADA PROVINCIAL EP-7205, VARIANTE DE VILAPOUCA Sr. Presidente.- O punto número 3 é o: Cambio de titularidade e posterior entrega ó concello de Forcarei da estrada provincial EP-7205, coñecida como variante de Vilapouca. D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días. Ben, o concello de Forcarei solicita o cambio de titularidade, e que se lle entregue ó concello un tramo da estrada provincial 7205 que é a variante de Vilapouca. Trátase dunha estrada provincial dun tramo, de aproximadamente 2 km. que é o acceso ó circuíto de Karting que hai alí en Forcarei. O cambio de titularidade a favor do concello son exactamente unha lonxitude de 2030 metros, e dito viario incorporase á relación de estradas de titularidade do concello tal e como sinala o artigo 4º da lei, de 1994 do 14 setembro, de Estradas de Galicia, e corresponderíalle a partir de entón ó concello de Forcarei a formalización e a entrega de todas as actividades de xestión mantemento e conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular da estrada. Ben, este é un tramo de carretera que o concello, pois ten interese que pertenza a súa rede viaria e que esta casa, segundo informan os técnicos, non debería ter maior inconveniente xa que pode ser o concello que mellor a tutele. A parte, que por parte da institución provincial non deberíamos ter inconveniente, toda vez que eses dous km 30 metros non nos pide nada a cambio o concello, simplemente desfacernos del, polo tanto, se o concello o desexa, que normalmente sole ocorrer ó revés, pois non deberíamos poñer ningún tipo de traba, como así o afirmas os técnicos da casa. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Bueno, polo tanto, é unha proposta que nos fai, neste caso o concello. E que dalgunha maneira entendemos como razoable, e por iso traemos aquí ó Pleno da Corporación provincial a súa aprobación para o cambio de titularidade de esta estrada. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito remitido dende o concello de Forcarei a través do cal solicita á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade e posterior entrega da estrada provincial EP-7205 Variante de Vilapouca (Forcarei). Visto o informe emitido o 9 de febreiro de 2011 pola Enxeñeiro Técnico Xefa da Zona Norte favorable ó cambio de titularidade solicitado, xa que a devandita estrada provincial polo seu trazado, con apenas dous quilómetros de lonxitude, e a súa funcionalidade actual, ó servir de acceso ó circuíto de karting de A Magdalena, xa non reúne as características propias dunha estrada provincial; ademais, con esta transferencia, o concello de Forcarei poderá garantir o mellor mantemento da estrada e levar un control máis directo sobre a mesma para evitar posibles ocupacións indebidas do dominio público, notas todas elas que aconsellan o seu cambio de titularidade a favor do concello de Forcarei de acordo co disposto nos artigos 54 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia e 2 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. Considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. O cambio de titularidade a favor do concello de Forcarei da estrada provincial EP-7205 Variante de Vilapouca, cunha lonxitude de 2.030 metros. Dito viario incorporarase á relación de estradas de titularidade do concello de Forcarei tal e como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Correspóndelle ó concello de Forcarei, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular da estrada. Segundo. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura da acta de entrega que con tal fin se elabore. 4.6048.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO RELATIVA Á MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL EP-1101, AS BARXAS-BERDUCEDO (MOAÑA) Sr. Presidente.- Punto número 4. Moción do grupo do Bloque Nacionalista Galego relativa á mellora da estrada provincial relativa EP-1101, as Barxas-Berducedo (Moaña). Ten a palabra D. Daniel Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Moi bos días. Traemos de novo, nunha segunda parte, esta moción, que previamente, consensuamos unha parte dela na comisión informativa, e aínda que no fondo acabamos consensuando por unha cuestión de estilo, porque estamos convencidos aínda que a cuestión do acordo é menor, porqué é un tramo estamos a falar dun tramo de 700 metros, que é unha primeira parte, xa a levou a cabo o concello, e estamos nun pequeno tramo onde o vial debe ter uns 2 km aproximadamente, pero consideramos que é importante chegar ó acordo para intentar cambiarlle o estilo ó Sr. Presidente, dado que, dende que é Presidente desta casa, en Moaña nunca se conseguiu formalizar un convenio de colaboración entre as distintas administracións. No concello de Moaña existen 4 viais provinciais, os cales están nun estado lamentable, un dos viais, o que vai de Meira a Fraga, xa no seu momento se puxeron á disposición unha parte dos terreos, e alí están. Acometeuse un asfaltado urxente no vial que vai da Porta do Cego a Coiro, e a realidade é que se fixo tan rápido e se fixo sen ningún tipo de colaboración, e sen recoñecer ningunha das aspiracións, que non se chegou nin a pintar, porque non chega o ancho da carretera, e se fixo de tal xeito, que hai que ter coidado, que os coches éntranche pola ventá. Despois existe outro vial en Domaio, que xa nin lle conto. E por último, este último que é curioso, volve aquí cando xa vén de atrás, no ano 2008 había un PPC que xa contemplaba unha partida presupostaria, e xa o concello, xa lle ten remitido a esta casa, tamén a súa colaboración. Daquela, se mal non recordo, por parte da Deputación eran 350 mil euros e por parte do concello 228 mil, ¿recorda Sr. Presidente?, bueno pois daquela ó final do 2008 nunha sesión plenaria, e cambiouse aquela partida e xa o Sr. Presidente comprometérase daquela a que no seguinte ano, no 2009 que habería unha partida, recuperaríase a mesma partida con nome e apelido da mesma estrada, e alí mesmo recoñecía que era totalmente insuficiente. Bueno, pois agora asistimos á segunda fase, unha segunda fase onde os terreos están á disposición desta casa, e hai que lembrar que o Presidente da comisión, e dende que asumiu a súa presidencia un dos seus compromisos foi erradicar este modelo de ir porta por porta conseguindo os terreos e intentar modernizar o proceso e chegar a un tipo de modelo onde se puidera expropiar, neste caso non é así, puxéronse á disposición desta casa os terreos que aparecían no proxecto, un total de 37 propietarios que gratuitamente cederon os seu terreos. Están a maioría, non están todos, porque curiosamente faltan algúns familiares dun fenómeno que se vai a presentar alí ás eleccións municipais. Entón, consideramos que o fundamental, é que saquemos a parte desta moción, que a saquemos con consenso, aínda que o que realmente pedíamos, non era tanto, era elaborar o proxecto na súa totalidade, e o quilómetro e pico que queda, e é, pois iso, comprometerse nos prazos que considerara que se puidera rematar, e o proxecto nunha provisión razoable. En todo caso, dámonos por satisfeitos, se fósemos capaces de regularizar a relación da Deputación co concello de Moaña a través do que é normal, un convenio onde quede agarrado correctamente o compromiso, e que quede aclarado correctamente o que pon e o que asume cada quen. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Daniel Rodas. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, bueno eu creo que quedou o outro día perfectamente claro na comisión informativa, que da moción que presentaban eses catro puntos, que nós apoiábamos o terceiro, e que o sacábamos por consenso, pero na intervención que vostede fai agora, pois di que si, pero non, home sobre os viais provinciais poderíamos falar amplo e tendido, non creo que os teñamos tan mal atendidos, e moito menos en Moaña, ó mellor poderíamos falar de cómo ten Moaña os seus viais locais, seguro que teñen bastante máis que rascar que os provinciais, o que pasa, é que cada un fala da misa, segundo lle vai nela, ou da feira, perdón, segundo lle vai nela, e neste caso non sería de estrañar. Home, é vostede inxusto cando lle quere votar a culpa a esta institución, porque sabe vostede que no caso da partida esa que houbo que retirar, houbo que retirala, porque senón perdíanse os cartos, polo tanto houbo que modificala porque os terreos non se puxeron á disposición, non ocorre só, é certo, no concello de Moaña, senón que ocorre noutras moitas localidades da provincia de Pontevedra, pero que é certo é que esa partida retirouse non porque esta casa o quixera, senón porque os terreos non estiveron a tempo, non estiveron á disposición, así que agora están á disposición, todo hai que dicilo, tardaron dous anos en poñelo á disposición, polo tanto a moción, xa lle dixen na comisión informativa que o razoamento da moción é inxusto, porque votáronos a culpa de dous anos despois, pero é que dous anos tarda o concello en poñer os terreos á disposición e agora que os pon, obviamente pois, vamos a facelo. Houbo que cambiar a partida, e como se perdía, pois agora estamos dispostos a este acordo que imos tomar en conxunto, onde a Deputación provincial remita de forma inmediata ó concello de Moaña a proposta de convenio para executar na anualidade deste ano o tramo da estrada provincial as Barxas-Berducedo, ubicado entre a Moca e o vial de subida ás Pagonas, pendente de urbanizar dende o ano 2009, polo tanto estamos de acordo e vamos a cumprilo, pero loxicamente queda unha parte do vial que cando haxa dispoñibilidade económica, pois, obviamente haberá que facelo, en futuros exercicios, no ano deste ano, pois, non somos capaces como vostede sabe, de comprometernos a máis. En todo o caso non bote a culpa a esta casa, que iso, efectivamente, podería estar feito dende o ano 2008-2009, pero non había os terreos dispoñibles, polo tanto non queira descargar a culpa de que esta casa incumpriu porque non é así. En definitiva, do que se trata de solucionar agora mesmo o problema esa parte é máis urxente en urbanizar, e canto que se prepara a parte que lle toca ó concello de Moaña, farémolo dun xeito inmediato, porque a consignación presupostaria deste ano existe, e polo tanto farémolo dun xeito inmediato, e como proxecto do resto está feito, pois cando se poida, obviamente pois farase o resto. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Ten a palabra o Sr. Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Bueno, unicamente unha pequena precisión, o 16 de outubro do 2008, esta casa remitíalle un documento ó concello, onde lle recordaba, onde lle remitía os proxectos dos 750 metros da estrada EP-1101, e recordáballe que era imprescindible, que o concello acadara a dispoñibilidade dos terreos, e compromete a súa aportación económica como paso previo á tramitación do correspondente convenio e a licitación da obra, neste sentido remataba, sinaláballe de que non contra a tramitación municipal nas vindeiras dúas semanas, non será posible encaixar actuación na programación do presente exercicio 2009, estamos falando do 16 outubro do 2008, que lle daban ó concello dúas semanas para poder xustificar a súa aportación económica, que si a xustificou, e para poder presentar os terreos. No pleno de decembro dese mesmo ano, acordábase aquí, a solicitude da anulación da obra nº 91 denominada EP Moaña-Berducedo incluída no PPC 2008 e a incorporación do seu financiamento nos remanentes producidos por baixas de adxudicación, e aí o Sr. Presidente, pois, comprometíase a levar o nome e apelidos no presuposto do ano 2009, agora había un financiamento de 350 mil euros que non é suficiente, pero ademais hai outro dato, que eles non queren ningunha actuación que non comprenda unha actuación de ensanche e de que haxa que incorporar terreos e mellora da estrada. Bueno, pois esa é a realidade, a realidade é que existía un compromiso de trasladar esa inversión ó 2009 e aí se diluíu, o concello fixo o primeiro tramo, estamos falando de 750, fixo 400 metros, e pola súa conta e risco, e a continuación presentouse seguintes, os terreos para poder facer este pequeno anaquiño que vén hoxe aquí. En todo caso sigo reincidindo no mesmo, que nos damos por satisfeitos se o Presidente é capaz a asinar un convenio, pois, formalmente con outra institución como é o concello de Moaña e damos superado, pois, unha enorme eira que temos nós nas estradas provinciais, senón tamén nas dotacións deportivas, quero recordarlle aquí tamén, que tivemos oportunidade de colaborar na dotación do céspede artificial no campo de fútbol do Casal, e non houbo maneira, e vólvolle a recordarlle que tivemos outra nova oportunidade no campo de fútbol de Domaio, e tampouco houbo maneira. Polo tanto, se somos capaces a formalizar ese tipo de relación, e cambiamos o estilo, creo que con iso que xa nos damos por satisfeitos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Rodas. Bueno, como afectaban as últimas palabras a quen lles fala, teño que dicirlle que, non está vostede para nada no que acaba dicir, non é certo, e vou ter que recordarlle algunhas cuestións, que parece que a memoria é fraca, e non lle pon as cousas no seu sitio. En relación co campo de fútbol do Casal, lle recordo Sr. Rodas, que a mostra da Deputación de poñer herba sintética foi total, o que pasa é que vostedes tiñan medo, a que evidentemente fixeran unhas obras nun sitio de dubidosa legalidade, que ó final acabaron convertendo un campo de fútbol debaixo da vía de alta capacidade. Bueno co plan E decidiron vostedes o campo na súa totalidade, tiveron enganados ós dirixentes do club deportivo Moaña, e ós cativos e cativas que alí xogaban durante máis de dous anos, para ó final asumir vostedes o reto de coller e facelo co diñeiro do plan E, o cal é respectable sen ningún lugar a dúbidas, e nos deixaron a nós, coa posibilidade de investir noutro lado, iso é a realidade, iso é a triste realidade dese tema, que Moaña tardou dous ano. E bueno, hai que ir alí para comprobar como está o campo que vostedes acaban de facer, e tamén como están os campos que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra, pero si, por iso, se iso non fose pouco. En relación á segunda actuación que están facendo, que é no campo de Domaio, estamos exactamente igual, viñeron aquí os directivos do Domaio, houbo unha conversa con vostedes onde vostedes ían a facer unha obra inicial e despois, pois asumiron a obra inicial e máis asumiron que ían facer o céspede, tamén vostedes, sen contar coa Deputación, do cal evidentemente nós nos alegramos. Pero como eu xa lle había advertido, do que pasou, finalmente foron noticia a nivel, incluso internacional, porque eu tiven oportunidade de velo nun informativo de televisión española, onde aquel campo como eu lles había advertido ós técnicos da Deputación tamén, non reunía as condicións, así foi que alá polo mes de decembro, parte do campo que vostedes construíron se lle derrubou, se lle derrubou porque están alí as fotos, e vostede coñece ben o que estou dicindo, porque eu tamén coñezo a realidade dese tema, eu xa lle había advertido que esa non era, evidentemente unha boa inversión, se non se facían previamente unhas actuacións necesarias, e así foi, que neste momento teñen o campo de herba sintética de Domaio colgado, porque se lle derrubou o muro que sostiña precisamente ese campo. As cousa hai que facelas con sentido común para que despois non pase o que realmente lles pasou a vostedes alí. Polo tanto, esa é a verdade dos dous casos concretos de Moaña, e polo tanto, xa digo, a Deputación mostrou sempre a súa vontade de colaborar, o fixemos noutro concello moi preto de aquí, que é Poio, onde gobernan vostedes, e onde ademais, a Deputación asumiu un compromiso de facer un campo de herba sintética, vostedes gobernaban na Xunta de Galicia, e naquel entón, ademais o seu partido político tiña a responsabilidade tamén de facer, neste caso, unha pista de atletismo no propio recinto do campo, e resulta que en catro anos, gobernando vostedes na Xunta de Galicia, e responsables de deportes o Bloque Nacionalista Galego, resulta que quen fai a actuación é a Deputación, e o Bloque Nacionalista Galego e a Xunta de Galicia aínda non fixo nada durante os catro anos que vostedes gobernaron, ou sexa que ó final son vostedes mesmos os que incumpren con vostedes, ou sexa que xa me dirán, cal é a súa forma de actuar e a súa forma de xestionar que é pésima, e esa é a realidade con exemplos, con argumentos contundentes e claros se pode presentar un ante calquera, pero vostede, xa digo, non hai ningún tipo de actuación irregular por parte da Deputación, senón todo o contrario, mostramos sempre a nosa boa disposición, sabíamos o caso de Moaña que hai unha necesidade pola actividade deportiva que hai dos clubs que se reuniron aquí con nós moitas veces, pero bueno, vostedes alá fixeron un “Alakiri” como se di habitualmente, e esperaron durante dous anos, tiveron enganados ós dirixentes do Club e finalmente fixeron aquela actuación que alí teñen, que bueno, está alí para ver, e haberá que ver e comparalas con outras que se fixeron. E a segunda xa lle acabo de dicir, como está vostede sábeo ben, como está o campo de fútbol de Domaio que foi noticia internacional, como digo, por culpa de non haber feito as cousas como Deus manda. Pero bueno, esa é a realidade, non sei se quere que lle comente algo máis, senón, pois vamos a proceder á votación deste punto. ¿Quere comentar algunha cousa? Sr. Rodas Chapela.- Bueno, pois cambio de estilo dicía eu, e efectivamente nas promesas aquelas quedáronse simplemente en promesas, pero as administracións non se relacionan con promesas, senón que se relacionan con documentos, en ningún momento houbo documento no campo do Casal, e en ningún momento houbo documento do campo de fútbol de Domaio, a pesar de efectivamente, de que unha parte do campo, o muro que non se lle tocou, veuse a baixo, pero non se preocupe que temos capacidade para facer ese tipo de cousas, pero en todo caso esa parte do muro quedaba fóra do proxecto de acondicionamento de mellora do campo de Domaio, en todo caso as realidades son o que se pode ver, e en Moaña pódese ver unha piscina, pódense ver dous campos de fútbol, pódense ver dous de keniata, e pódense ver tamén unhas pistas polideportivas de atletismo. A realidade é o que hai, pero eu non falo deso, falo de estilo, Sr. Presidente, estilo é o seu, que hai dous fines de semana veu alí a Moaña, e foi a visitar a única obra que este ano se está facendo en Moaña, o ensanche do cruce entre a estrada provincial e a PO-113, estivo alí visitando o pasado venres o ensanche feito no cruce da Porta do Cego, ademais de comprobar o comezo das obras de construción da aceira, unha obra que leva 30.000 euros que son os que vai a inverter alí en Moaña, pero seguramente do que non está informado, ou si está informado, é que desa obra non conta coa licenza municipal pertinente, que esa obra non ten ningún tipo de información o concello de Moaña. Pero é que ó mellor tampouco está enterado de que esa obra está feita a 5,80 metros do centro da carretera, cando a normativa marca 7, e seguramente tampouco está informado de que esa obra acada o 7,2 da estrada autonómica, cando na estrada autonómica son 11,75. É dicir é unha cuestión de estilo Sr. Presidente, é unha cuestión de estilo, en Moaña procuramos facer as cousa adecuadamente e correctamente, e o que esiximos é que desta administración, cando menos estea á altura do que humildemente facemos alí á nivel municipal. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Rodas. Pero creo que segue vostede falto de memoria, a Deputación de Pontevedra vai a facer en Moaña a reurbanización da rúa Baixada Suárez, a pavimentación da rede viaria local do Barrio de Verdeal a pavimentación da rede viaria local na parroquia de Moaña, na parroquia de Tirán, a pavimentación da rede viaria local na parroquia de Meira, a pavimentación da rede viaria local do Camiño de San Lorenzo, a pavimentación da rede viaria local do Barrio de Palmas, o acondicionamento e reparación do vial que une o barrio de Fiunchal con Tirán e Moaña, e podo seguir, polo tanto non minta, Sr. Rodas, non minta. Isto vaino a facer a Deputación en Moaña entre outras cousas, polo tanto lle reitero, e vostede me dicía, bueno non pero bueno caeunos o muro é certo, pero agora vamos a levantalo, pero ¿vostede sabe o que é a imaxe, aquel campo de fútbol pavimentado e onde agora resulta que por debaixo do pavimento lle caeu o muro, vostede considera que esa é unha boa imaxe que da o campo de fútbol de Domaio? Vostede ¿que sole empezar as casas pola tellado ou empezas polo cemento? Así lle pasou, van a coller de sombreiro o campo de fútbol, van a coller o campo de fútbol de Moaña de sombreiro, e non o colleu o da casa de abaixo, porque naquel momento non estaba alí, se non houbera atrapado, evidentemente, ó propietario da vivenda que esta contiguo ó campo de fútbol de Domaio. Esa é a forma de actuar que teñen vostedes, e ese é o estilo, e eu ese estilo non o quero, eu quero estilo de que se fagan as cousas con orden e con sentido común, vostedes non é así, pero bueno, como o tema xa está suficientemente debatido, e o importante é a actuación de as Barxas-Berducedo, que por certo se antes non se andou máis, é porque a cesión de terreos que vostedes tiñan que haber conseguido, pois é como é, finalmente nese tramo parece ser que si, porque ademais estiveron aquí os veciños non fai moito tempo. Pois vamos a proceder a aprobación por parte, espero que de todos os grupos, desa importante actuación que vamos a acometer alí. A ver… Sr. Rodas Chapela.- Unicamente agradecerlle ó Presidente da Comisión o seu intento de estilo, en contra partida o do Sr. Presidente. E nada, unicamente recordar que os terreos están á disposición desta institución xa dende o 31 de maio do ano pasado. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Rodas. Vamos a proceder á votación. ¿Votos en contra?.¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Vista a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego, relativa á mellora da estrada provincial EP-1101, As Barxas-Berducedo (Moaña), na que solicita: Primeiro: Que se redacte o proxecto de mellora para completar a urbanización do vial provincial EP-1101 da Moca a capela dos Milagres (O Piñeiro). Segundo: Que se remita un protocolo de actuación ó concello de Moaña que recolla a urbanización da totalidade do vial coa súa programación anual de execución. Terceiro: Que de forma inmediata se remita ao concello de Moaña proposta de convenio para executar na anualidade 2011 o tramo entre A Moca e o vial de subida ás Pagonas, pendente de urbanizar dende o ano 2009. Cuarto: Que se inclúa a dotación orzamentaria necesaria para completar a mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-1101 con cargo ós 14 millóns dos fondos de libre disposición do Presidente do PID. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais e tras o acordo acadado polos tres grupos políticos con representación na Corporación Provincial, acorda por unanimidade a adopción do seguinte acordo: A Deputación Provincial de Pontevedra remitirá de forma inmediata ó concello de Moaña a proposta de Convenio para executar na anualidade 2011 o tramo da estrada provincial EP-1101 As Barxas-Berducedo, ubicado entre A Moca e o vial de subida ás Pagonas, pendente de urbanizar dende o ano 2009. 5.6049.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Sr. Secretario. Comunicacións. Sr. Secretario.- Si. En Comunicaciones, los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre o 26 de xaneiro e o 21 de febreiro. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 26 de xaneiro e 21 de febreiro do ano 2011 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 6.6050.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Bueno, temos unha pregunta para este Pleno, que lle daremos resposta, que é, ¿cales foron as inversións, por parte do Partido Socialista, en materia de estradas, na comarca de Terra de Montes, durante o ano pasado, e cales son as previsións para o presente?. É unha pregunta que lle contestaremos. E agora rogos e preguntas. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver. Sr. Presidente.- Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Primero, para llamar la atención del Sr. Secretario, para que, a la hora de redactar o confeccionar el orden del día de los Plenos, tenga en cuenta el artículo 46.2, apartado e), de la Ley Reguladora de Bases, que dice que las actividades de control deben presentar sustantividad propia y diferenciada de la parte resolutiva, cosa que en esta casa no se está cumpliendo. Y en segundo lugar, pues, lamentar, otra vez más, el abandono de este Pleno del Grupo Socialista ante la reiterada actitud ocultista del Presidente, de negarse a contestar las preguntas formuladas sobre el Plan de Investimentos que está ejecutando esta casa. Nada más. Buenos días. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera, quedamos sempre os importantes, sigamos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, quería formularlle tres preguntas ou tres consideracións, algunhas delas digo, con tal, pois, vamos a ver, algunha delas vén moi, certa translación, por coherencia, dalgúns asuntos que pasan nesta cidade, na súa vida administrativa e de representación. Nós, hai unha lei, Sr. Presidente, hai unha lei que buscou unha solución máxica para que os provedores das administracións cobraran en tempo e forma, que é pasarse o traballo de presentar ante o Pleno a relación, obviamente, pois o intento da lei é absurdo, porque se a administración non ten cartos para pagar, pois malamente o vai a facer, e se os ten, pois faino, e as empresas terán por onde defenderse, pero vaia, está aí. E resulta que aí na casa do lado, pois os seus colegas, que algún comparte con esta casa, como a Sra. Pedrosa, pois se pasan o día como se fora unha cousa transcendente, entón, a ver, póñanse de acordo, se alí é transcendente, se no concello de Pontevedra é transcendente que se presenten as, o estado de pago das facturas, aquí parece que non é, porque alí se presentaron dúas veces e aquí non se presentou nunca. Entón, pois, póñanse de acordo, simplemente digo que se poñan de acordo, ou sexa, nós francamente cremos que é un instrumento destes, os bonos estes que se fan, non, vamos a sacar unha lei, bueno, tal fárrago de facer documentación e presentar papeis, pero, se vostedes cren que é tan importante, tan importante, tan importante, tan transcendente, tan decisivo, onte escoitamos alí aínda unhas cantas cousas, que é a segunda vez que o levamos, pois home, aquí pois supoño, non sei se ó cambiar da sede provincial á local, o PP pois cambian de, é francamente sorprendente, era simplemente esa pregunta, e cando pensan … Sr. Presidente.- Funcionamos, nese sentido funcionamos en rede. Sr. Mosquera Lorenzo.- Xa se nota, xa se nota, efectivamente, funcionan en rede coas novas tecnoloxías e demais. Si. Ben, a segunda cuestión que quería plantexar, é que, cando inauguraron o edificio, o continente, que o contido, a moblaxe aínda non está, do edificio que foi de Educación e despois Delegación, Normal, e despois Delegación de Educación, e que foi do concello, que se cedeu a esta casa, aquí en Montero Ríos, ó lado deste, pois francamente quedamos moi sorprendidos pola, mesa, que non era mesa, senón a pasarela presidencial, por chamarlle dalgunha maneira, non era mesa senón que había unha serie de persoas que presidían o acto, de pé, por iso lle chamo pasarela, non era unha mesa, vamos, chámelle como queira. E resulta que están, Conselleiro da Presidencia, Alcalde de Pontevedra, Presidente da Deputación, un funcionario, que ía falar, que se entende porque ía falar; e despois estaban pois o Sr. Tourís e a Delegada, a Sra. Molares. Ben, non pretendemos, faltaría máis, por exemplo que, os Portavoces dos grupos políticos desta casa pois teñan unha representación alí na Presidencia, iso non sería moi sorprendente nesta casa, pero que os Delegados Territoriais da Xunta estean por riba dos Portavoces dos grupos da Deputación, ou estean por riba dos Vicepresidentes da Deputación, francamente é estraño, non sei de quen foi a feliz e brillante idea, pero calquera día nos vamos atopar, iso si, se goberna o PP na Xunta, senón non, de que un bedel dalgunha consellería pois pasa por riba de todos nós, no rango institucional, nos actos, digo onde estivo o fallo e exactamente cal é o plantexamento. E despois hai un terceiro asunto, que afecta directamente a esta casa, que é o estado do céspede de Pasarón. Foi unha obra que fixo a Deputación, que aínda ten na súa man a Deputación, e resulta que está nun estado lamentable. Aquí hai unha concatenación de feitos que, non vamos a repetir, non, do que custou, co que custa ó final Pasarón xa podíamos ter así como catro céspedes ou seis, pero non vamos a centrarnos niso, senón eu a pregunta é que dende que, sen comunicación ó concello, e sen, parece dunha maneira moi estraña, a lista electoral do PP de Pontevedra foi a facer unha foto alí a Pasarón, pois resulta que as desgrazas empezaron a chover, o Pontevedra case desaparece, por cuestións económicas, deportivamente non lle vai ben, e agora ata o céspede está en estado calamitoso. Entón a pregunta é, ¿se ve o Presidente algunha relación entre ese acto medio pirata, de ir presentar a lista do PP alí, e todas as desgrazas que están pasando con Pasarón e o Pontevedra?. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que facía tempo que non me poñía tan fácil a contestación, empezando por este último tema. ¿Sabe vostede, entre outras cousas, por que o céspede de Pasarón non está como debería estar?. Pois porque os clubs de Pontevedra e o Pontevedra Club de Fútbol non teñen ningún outro campo para entrenar na cidade de Pontevedra, de céspede natural, porque o concello non lle pon a disposición nada. De feito o único campo que teñen para poder entrenar, que o machacan tamén, por certo, é o de Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra. E despois me teñen que estar pedindo a min para que fale con algúns concellos do lado, incluído por exemplo Poio, Ribadumia, e outros, para que poidan ir entrenar alí porque vostedes non lle dan nin unha soa instalación para poder entrenar, excepto a da Xunqueira cando lle toca, que non son de herba natural. Polo tanto, o primeiro que debe facer, é mirar, facer unha revisión interna vostede, e que fixeron vostedes para poñer en marcha instalacións deportivas na cidade de Pontevedra. O outro día, o alcalde de Pontevedra, a Sra. Pedrosa e máis eu, fomos a visitar o campo de Monteporreiro, que se vai a construír con financiamento do concello e tamén con financiamento da Deputación. Os dous que hai na Xunqueira, de fútbol 11, foron financiados unha grande parte precisamente pola Deputación de Pontevedra. Vostedes tiveron tanta bonomía económica co Plan E, entre outros, máis todas as inversións que está facendo a Deputación no ámbito do concello de Pontevedra, e sen embargo das instalacións deportivas non se acordaron nunca, nunca, e Pontevedra ten un déficit e unha carencia de instalacións deportivas gravisima, por culpa da negligencia municipal, porque o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego e o grupo municipal do Partido Socialista, nunca tiveron vontade política de poñer en marcha instalacións para a práctica deportiva dos cidadáns de Pontevedra, e ós feitos me remito. Pasarón, gracias a que o impulso da Deputación, é certo que coa colaboración do concello, que aínda ten sen resolver, como se pode comprobar que os aledaños seguen como seguen, e a maiores a piscina olímpica que existe, onde financiou con 400 millóns de pesetas, neste caso a Deputación de Pontevedra tamén. Por iso, que vostedes sempre foron a remolque do que se fixo na práctica deportiva, nunca por iniciativa propia fixeron nada no ámbito do deporte na cidade de Pontevedra. E iso é en grande medida polo cal pois ese campo, que eu tamén manifestei, que se debe utilizar exclusivamente, practicamente unha vez á semana, porque senón acabárono machacando, un campo que polo tempo que leva, evidentemente, debería estar en mellores condicións, pero claro, como non hai campos e por aí non che deixan habitualmente entrenar nos campos que teñen herba natural, porque senón tamén se deterioran, pois aí é onde temos o grave problema. Vostede vai mirando un pouco no ámbito da provincia ou de Galicia, non da provincia, pero na provincia temos, en Vigo, onde o Celta ten a maiores dous campos de herba natural, en colaboración co concello, ten dous campos de herba sintética en colaboración co concello; se nos vamos hacia arriba estamos tres cuartos de lo mismo, e en Pontevedra cero, Pontevedra cero, e esa é unha deuda, Sr. Mosquera, que teñen vostedes como grupo municipal, primeiro, cos cidadáns de Pontevedra, e segundo cos clubs de competición deportiva de fútbol, neste caso da cidade de Pontevedra, e doutros deportes xa non falamos. E claro, eu sei que o candidato do PP foi alí a sacar a foto porque el pretende, con acerto baixo o meu entender, de facer instalacións para os cidadáns de Pontevedra, para a práctica do deporte, sexan de fútbol ou sexa do que dalgunha maneira queiran. Por certo, vostede me había preguntado, non sei se foi vostede ou o alcalde, a min non me falaron que ían a sacar a foto, senón houbéranlle pedido permiso, e supoño que vostedes lle darían permiso para facelo, porque non creo que tiveran problema en que se fotografien no campo de Pasarón. Polo tanto, esa é a realidade Sr. Mosquera, vostedes son os culpables de que Pontevedra teña unha gravisima carencia de instalacións deportivas na cidade de Pontevedra. En relación ó acto do 175 aniversario, pois ó mellor probablemente lle teña que dar a razón, porque, eu, de feito, cando fixen a miña intervención non sabía nin os que estaban alí colocados, porque creo que me olvidei polo menos dun par deles, e me acordei do alcalde porque estaba ó meu carón, e tamén me acordei do Conselleiro da Presidencia que tamén estaba alí ó meu carón, pero creo que me olvidei de dous máis, que nese momento non sabía quen eran, polo tanto fíxese o interese que eu podo ter, ou que estivera unha ou a outra persoa nese estrado, que foi un acto moi natural, como vostede recordará, e que polo tanto pois probablemente, eu non, xa digo, non quero copiar os malos modos que tivo o bipartito da Xunta de Galicia, en relación a non invitar a alcaldes cando ían alí ó concello, etc., creo que eses modos xa quedaron no pasado, e deses erros pois temos que aprender e non cometelos, non. E polo tanto, estea tranquilo, que vamos a intentar, por suposto, ou llo trasladaremos a quen corresponda, de que iso non volva a suceder, eses malos modos de non invitar a alcaldes do PP cando gobernaba o bipartito na Xunta de Galicia. E que nós neste caso ó mellor, pois, non por vontade política, xa digo, porque eu non tiven nada que ver nese asunto de quen estaba ou quen non estaba, senón que se invitaron a, neste caso ás institucións que tiveron a ben cedernos ese edificio, concello de Pontevedra e Xunta de Galicia, que tamén, evidentemente, foi a titular desta instalación con anterioridade. Dicir que no que se refire ás facturas, falaba agora co Interventor, e aparentemente tal e como corresponde cada trimestre pois facer unha aprobación das mesmas, pois a partir do terceiro trimestre faremos as cousas, vostede sabe que aquí somos unha das institucións que mellor paga no ámbito de Galicia, non no ámbito de Pontevedra, non, porque entendemos que para colaborar de verdade, non de palabra senón de verdade, coa difícil situación económica e coa actividade importante que ten a Deputación, o primeiro que temos que facer é colaborar de maneira decidida coas empresas e pagarlles canto antes, en relación ós traballos que fagan, supervisados claramente polos técnicos para que non exista ningunha dúbida. Polo tanto, xa lle digo que en relación a ese tema o vamos a facer a partir do próximo, no mes de abril está previsto, a trimestre vencido vamos a dar toda a información, de pagos, de facturas, pero, xa lle digo, esta casa, e máis me dou unha boa noticia agora o Interventor tamén, e polo tanto, segue o seu bo ritmo, debe ser que o Vicepresidente económico pois leva unha xestión exhaustiva das cifras, e se fan as cousas ben, que a pesar do momento difícil que toca vivir pois a Deputación ten unha boa, goza dunha moi boa saúde económica, para pagarlle ós seus traballadores e tamén ós seus provedores. Polo tanto, xa digo, niso non teña vostede ningunha dúbida, xa sabe, das tres que me fixo unha corresponde ó Interventor que xa está aclarada; noutra lle teño que dar a razón, para non cometer o erro do bipartito; e polo tanto, na terceira, vostede xa sabe de quen é a culpa, non é por botarlle a culpa sempre ó PP, senón que culpa é o revés. E eu xa digo, son un practicante modesto da actividade deportiva, e a min me gustaría que en Pontevedra houbera máis instalacións, pero bueno, vostedes entenderon que había que facer outras cousas en vez de facer instalacións deportivas e eu respecto esa opinión, non a comparto, e por iso a vostedes os fago responsables da carencia de infraestruturas deportivas na cidade de Pontevedra. Ten vostede a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Mire, empezo pola que aparentemente me dou a razón, vou contar unha anécdota que eu creo que non contei nunca, porque como sempre anda falando do bipartito. Mire, cando tomou a delegada, cando tomou posesión a delegada de Cultura, alá polo ano 2001 creo, eu estaba de alcalde accidental de Pontevedra, e tiven a deferencia de ir ó edificio de Benito Corbal á toma de posesión, era Rosana López Salgueiro en concreto. Tamén había unha mesa así de presidencia, e entón dime algún, vaite para alí, estás de alcalde e entón vaite para alí; e ó cabo de dous minutos, supoñamos que sexa así, estaba noutra esquina, dando codazos, dixen eu, vale, alá se arreglen vostedes. E chegou o Sr. Queizán e di, isto non pode ser, ponte aí, e ó cabo de medio minuto estaba, cha, cha, dando codazos, e ó final collín e funme para o público sen ningún problema. Non me caeron os aneis, persoalmente nin como alcalde de Pontevedra, que estaba en funcións naquel momento. Non sei se o outro día pasou o mesmo, se houbo dúas persoas, que foron os delegados, que chegaron alí, deron uns codazos e puxéronse alí, vostede nin os citou tan sequera, bueno, se cadra foi por iso, pero en cuestións de formas e demais, vostedes se agarraron moito co bipartito e aquí todos temos que rañar que mete medo. Vale, deixémolo aí e deixe de falar, deixe de falar do bipartito, do partido e máis do enteiro, todos temos que rañar, e na Xunta en particular, a Xunta en xeral, en xeral, bastante, bastante ten que rañar, uns e outros, entón deixe de dar a lata. Con respecto ó das facturas, a min paréceme moi ben iso que nos di, de que a Deputación paga. Mire, en paga ou non paga, afortunadamente para os provedores de Pontevedra o concello e Deputación son vidas paralelas, a situación económica é moi similar, se paga nos mesmos prazos, hai máis ou menos os mesmos remanentes, hai o mesmo superávit e hai incluso unha situación de … de tesourería, claro, non é nestes momentos, o pronóstico en principio é un pouquiño máis apurado na Deputación que no concello cara ós próximos meses, pero é que alí, fale cos seus compañeiros, e dígalle, que nunha institución que paga ben non é para estar todos os días pedindo estas facturas e demais, se as vai traer, traias, pero están incumprindo a lei e demais. E vaiamos co último, home, eu xa sei a vontade, o interese, a ansia, a ilusión que lle fai ó Sr. Louzán facer oposición no concello de Pontevedra, amais, digo que é unha pena que non se presente ás eleccións, porque faría a cuestión bastante mellor que o que teñen agora, é que, pero, digo que vostede o que fai agora é facer unha terxiversación da realidade, pero, non lle vou a entrar, simplemente lle vou a dar un dato, ou sexa, cos datos que temos, o lugar, concello, por habitante, onde máis clubs e entidades deportivas hai en todo Galicia é en Pontevedra. Sr. Presidente.- ¡Ah!. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, entón, algo, e declaracións haberá, punto, punto. Agora eu fíxenlle unha pregunta como responsable da obra de Pasarón e como membro en representación desta casa no Consello de Administración de Pasarón, e vostede, exactamente a razón que dá, é que parece ser que os xogadores do Pontevedra machacan o céspede, alí onde van a entrenar machacan o céspede, deben necesitar catro campos, a razón non parece moi de peso, pero tampouco hai que entrar niso, eu fíxenlle unha pregunta, ¿cre vostede que hai algunha vinculación?, agradézolle que recoñeza que as formas foron horrorosas, como sempre, no grupo municipal ou na lista de Pontevedra, que se colou alí, colouse en Pasarón a facer a foto. Pero, recoñécello, agradézolle que o recoñeza, pero eu fíxenlle unha pregunta moi clara e moi concreta, ¿cre vostede que hai algunha vinculación entre esa foto pirata, verdade, e todas as desgrazas que viñeron en fila a partir de aí, a Pasarón e ó Pontevedra?. Porque foi concomitante, mire a data, ou sexa, fixeron a foto non sei se a principios de novembro ou a finais de outubro, de repente o Pontevedra case desaparece economicamente, o céspede se fai unha calamidade, ó Pontevedra vaille mal deportivamente, non é só, non, é que eu quero saber a súa opinión, porque vostede ten máis información ca min, porque como haxa algunha vinculación, na Praza de España vannos votar a temblar, fixeron a foto o outro día, pois algo nos pode pasar, ó mellor se nos cae abaixo a praza, ou quebra a empresa, calquera cousa, digo, déixeme tranquilo, que non hai ningunha vinculación, que foi simplemente pois unha circunstancia desafortunada, ou unha coincidencia desafortunada, porque senón, e ameazan con facer máis fotos, bueno, se en cada unha vai haber as desgrazas que houbo en Pasarón por atrás, bueno, estamos, esta cidade se nos vén abaixo, ¡eh!. Sr. Presidente.- Moi ben Sr. Mosquera. A verdade é que o vexo, vexo que están nerviosos coa candidatura do Partido Popular, cren que poden ser un plantel de goberno a partir do 22 de maio, iso se aprecia, se palpa, como sei. Polo tanto, bueno, non é mala cousa, sinceiramente lle digo o que penso eu, claro, non vai compartilo comigo, pero non é mala cousa, ¿non?. Eu sei que a súa capacidade de inxenio chega lonxe e entón xa digo que eu estou plenamente convencido tamén de que co Partido Popular no goberno da cidade de Pontevedra, ese número que vostede di de clubs, non vai nin aparellado, nin moito menos, precisamente, co número de instalacións deportivas senón todo o contrario. E é unha pena, precisamente por iso que acaba de dicir, é unha pena que os clubs de Pontevedra, de todas as modalidades deportivas, non teñan instalacións, aquí sabémolo ben, a Vicepresidenta e o Deputado de Deportes coñecen esa realidade, porque claro, aínda que só sexa por proximidade, veñen aquí a demandar a petición de instalacións, de colaboración económica, etc., etc., ¿non?, por iso lle digo que aproveiten esa oportunidade, vostedes non a van aproveitar xa, porque lle queda pouco tempo, pero os que veñan aproveiten a oportunidade de ser, neste caso, unha cidade con moitisima actividade deportiva e creo que, que menos, xa que hai tanta actividade deportiva, como dicía onte, hai tantos directivos con gañas de traballar, que por que non darlle as instalacións que Pontevedra no ámbito deportivo se merece. Ademais o exemplo está, que gracias á iniciativa desta casa, o estadio de Pasarón está rematado e o estadio ese, ou ese centro da Parda, está como está, como está, como está, non, pero os anteriores, ese bipartito, eses, eses que eran, ¿como se chamaban eses?, eses que eran, eses que ían xuntos ou separados, ou, ¿como é?, exacto, esa cuestión que xa é, bueno, tivo unha defunción política hai algún tempo, ese, bueno, non sei como se chamaba, bipartito ou esas cousas, bueno, eles foron os que, firmárona canda nós, iniciárona cando nós, é unha obra tres veces ou catro veces menor que a que fixo a Deputación, e sen embargo a día de hoxe non sabe nin cando se vai a reiniciar nin cando se vai acabar, non, nin cando se vai a reiniciar nin cando se vai acabar, ou sexa, por iso, digo que, poñer a xestión de calquera cousa nas súas mans, é, complicado. Eu lle diría ós cidadáns, evidentemente, que non o fagan, xa tiveron unha experiencia negativa e para que non volvan a caer nela non o fagan, eu creo que é mellor que non o fagan. Polo tanto, xa digo, despois desa apreciación que eu lle traslado, sei que están nerviosos, onte o alcalde de Pontevedra, me preguntaban os compañeiros dos medios aí, a verdade é que llo terei que dicir eu cando poida falar con el, que non estivo á altura dun alcalde da cidade da capital da provincia, coas manifestacións feitas onte no Pleno de Pontevedra. E creo que vostede corresponderá comigo, que, bueno, vostede lle diría, oe, a verdade é que non estiveches nada afortunado, ¿non?, eu sei que llo vai dicir, senón llo dixo xa, seguramente. Eu teño que dicirlle que, tranquilícense, faltan menos de 90 días, e en 90 días Pontevedra pode ter despexado o seu futuro ou dalgunha maneira más de lo mismo, e creo que nese sentido, pero hai que tranquilizarse, a confrontación así con ese tipo de enfrontamento e de, vamos de palabrotas que non veñen ó caso, non son nada boas, e vostede teno falado aquí algunha vez, por iso eu sei que vostede lle vai dicir ó Sr. Alcalde de Pontevedra que non volva a repetir palabras como esas, tan fóra de lugar, como as que onte se produciron no Pleno de Pontevedra pola súa parte, porque ademais, como vostede ben di ás veces, el é o alcalde-presidente, pois entón o alcalde-presidente debería estar á altura, quizás non, seguro que no día de onte non estivo, porque así o recollen ademais todos os medios de comunicación. Pero eu sei que vostede, que ten bo ánimo para iso, lle vai a recordar que iso non se volva a repetir, e polo tanto, nos tranquilizaremos e pasará o 22 de maio e despois as cousas se porán no seu sitio, verdade, e iso é o que eu lle quería trasladar. Non sei se hai algunha cuestión máis. Si. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, se é que mete, mire vostede, estamos xogando, xa que saca ese asunto, alégrome que o saque, alégrome que o saque. Sr. Presidente.- Eu non estaba alí. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, non, pero eu teño que dicir, en primeiro lugar, que o alcalde de Pontevedra, a pesar do que parece, pois é unha persoa suficientemente reflexiva e que tivo que aguantar e seguirá aguantando as puñaladas trapeiras, que, indignas e demais, que lle fan eses dous señores, ata que estimou que había que transmitir, vamos, á cidadanía, con quen, se estaba xogando os cartos a cidadanía, e fíxoo á cara, non por atrás como fan outros. E mire, xa que o saca, me parece que é profundamente desafortunado, todos temos orellas, todos temos orellas, e todos escoitamos, ¡eh!, e no seu partido, e nesta cámara agora, hai xente que pensa o mesmo e o di, hai xente que pensa o mesmo e o di, e vostede o sabe de sobra, claro que son compañeiros de partido e obviamente non se atreve e defende non sei que, ¡eh!, non me faga falar máis. E o alcalde de Pontevedra ou eu podemos ser sumamente educados, e sabe que o somos, que sabemos representar a institución ou estar na oposición como corresponde, pero dende logo o que é dobrez, ningunha, e se hai que dicir as cousas á cara se lle di, e onde hai que dicirllo, e non por atrás, non colgando nunha páxina web trapacerías, falacias, infamias, e demais, e dicir, ¡ah, non!, non fun, ¡ah, non, non!, á cara, á cara, á cara, as cousas hai que dicilas á cara, incluso á risco de que queiran vostedes facer a lectura sabendo que ten máis razón que un santo, sabendo que ten máis razón que un santo, facer a lectura, non, pero iso se fai, se fai. Vostede coñece ben ó alcalde de Pontevedra e xa sabe que se lle ten que dicir algo a vostede llo di á cara, e lle di cousas máis gordas á cara das que di por atrás, sábeo de sobra, ¿verdade?, pois esa é a súa actuación sempre, e onte estimou, estimamos de que era o momento de dicilo, ¿vale?, e non me faga falar, non me faga falar, que todos temos orellas e todos sabemos cousas, non me faga falar incluso das súas cousas internas e da opinión que teñen, non me faga falar Sr. Presidente, porque deixémola estar, deixémola aí, deixémola aí. Entón, evidentemente, vostede sabe perfectamente o que sucedeu e tamén que opinión lle merece, non un, uns cantos dos que están aquí nesas bancadas. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera, pero rectificar é de sabios, rectificar é de sabios, Sr. Mosquera, polo tanto, iso aínda que poida pensar ou poida dicir, creo que iso é tremendamente desafortunado. Polo tanto, non pasa nada porque todos cometemos erros, todos cometemos erros, pero creo que vostede recoñece, e creo que o recoñece a maioría da opinión pública, pois que ese tipo de actitudes non se corresponden, e polo tanto, xa digo, espero que vostede como bo colaborador que ten o alcalde de Pontevedra na súa persoa, pois que lle diga ese tema, de que hai que moderarse e tranquilizarse. Non, non, pero tranquilo, vostede tranquilo que de aquí ó 22 de maio temos moito tempo, non vamos hoxe a, porque senón parece que estamos facendo, o debate de Pontevedra trasladámolo á Deputación, e está, a Deputación está en Pontevedra, que non cambiou de lugar. Polo tanto, xa digo, estease tranquilo que de aquí ó 22 de maio, ademais agora aprobaron un Decreto que non vai haber precampaña, o cal é un alivio importante, aparentemente, non hai precampaña, só hai campaña electoral pura, e iso pois dalgunha maneira amansará e todo o demais, sempre e cando evidentemente o alcalde pois non volva a perder os papeis. A ver, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, efectivamente Sr. Louzán, rectificar é de sabios, e vostede hoxe se puidera, se puidera rectificaría, cambiaría o cartel, o cabeza de lista de Pontevedra, claro que o faría e sábeo, sábeo perfectamente que é así, non me faga falar máis, repito. Sr. Presidente.- Home, Sr. Mosquera, eu sei que hai algún no entorno do Bloque Nacionalista Galego que quere entrar, que quere, non se sinte cómodo cerca da súa formación política, e probablemente queiran vir na lista do PP, queren vir na lista do PP, pero a lista son os que son, eu xa lle dixen a algúns deles, porque, bueno, pois temos sitio para todos, hai sitio para todos, uns están na lista, outros poden estar colaborando activamente e todo o demais, hai entusiasmo, de verdade llo digo, hai entusiasmo en que o Partido Popular pois iso, colla a alternancia e goberne a cidade de Pontevedra, polo tanto niso estea tranquilo, porque se é así, e todo parece indicar que así vai ser, vano facer ben, vanlle dedicar o que hai que dedicarlle e vano facer ben, a pesares de que vostedes tiveron a mellor etapa económica posible para facer grandes cousas, e eu xa lle dixen unha onde non a fixeron. Pero, polo tanto, xa digo, estea tranquilo que o goberno do PP de Pontevedra se o día 22 de maio lle dan ese apoio e esa confianza, non lles vai a defraudar. E tamén é boa a alternancia en política, estea tranquilo, non hai problema, estea tranquilo. Máis preguntas. Sr. Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Bo día a todos e a todas. Reiterar nun rogo que xa fixen varias veces, era para que, é necesario que constrúan un paso de peóns elevado fronte ó colexio de Leirado, na PO-4006, que vai dende Ponteareas a Salvaterra, é un trozo de carretera interior que é necesario que se faga, incluso creo que xa hai varias peticións do colexio, dos pais e de todos, ¿non?, entón que se efectúe ese paso de peóns elevado. Sr. Presidente.- Estame chamando o alcalde. Siga, siga, perdón. Sr. Martínez Giráldez.- E despois como preguntas quería que me dixera que no plan de investimentos 2009-2011, estaba acordado que as adxudicacións das obras as facía a Deputación, é así, entón a miña pregunta é ¿por que motivo, no caso de Mondariz se cambiou o criterio?, cun diñeiro que se lle deu para a cuberta da praza de abastos. Sr. Presidente.- Que eu sepa non se cambiou ningún criterio porque ademais consta nas bases como tal. Sr. Martínez Giráldez.- Pois, Sr. Presidente, revíseo porque si que cambiaron os criterios, é dicir, se as obras as adxudica a Deputación, non sei por que motivo a cambio do plan de investimentos do 2009-2011, se lle adxudica un diñeiro para que eles fagan e contraten a obra. Sr. Presidente.- Averiguarei esa información. Sr. Martínez Giráldez.- Vale. E outra pregunta ten relación co Plan Provincial de Emprego 2011, que acaban de poñer en marcha, e quixera saber que criterios seguiron os diferentes tribunais, na selección, na entrevista que tiveron cos preseleccionados que mandou o INEM, despois se son públicos eses criterios, tamén, ¿por que non se me facilita a relación dos contratados?, e se esa ocultación de non facilitarme esa relación de contratados, ten algo que ver con que hai certos familiares de algún alcalde nesas contratacións, en concreto máis de tres. Sr. Presidente.- Non, pero dígame, dígame onde, porque eu, pero non oculte, se realmente é así dígamo. Bueno, pois dígamo aínda que sexa en privado. Sr. Martínez Giráldez.- Vostede facilíteme a relación e despois lle digo. Sr. Presidente.- Vale, vale, non, primeiro, é que son preguntas que xa se contestan por si mesmas, ¿non?. Primeiro, como vostede sabe, hai unha disposición na cal os tribunais deben estar formados por funcionarios, en primeiro lugar. Segundo, a selección previa quen a envía é o INEM correspondente, polo tanto, dixéramos, me está pedindo a min unha responsabilidade que eu non teño, é unha facultade que eu non teño. Polo tanto, creo que, esa resposta xa se dá …, outra cousa é que lle poidamos facilitar canto antes neste caso a propia relación. Sr. Martínez Giráldez.- Non, mire, os criterios teñen que ser comúns ós diferentes tribunais, o INEM manda o persoal, vostedes piden, que vostedes lle din, oe, pon esa referencia e mándame estes. Sr. Presidente.- Non, non. Sr. Martínez Giráldez.- Si, por favor, sabemos como vai todo isto, sabemos como funciona isto. Pero mire, despois, á parte diso, houbo varios tribunais aquí, de funcionarios, e o normal é que eses tribunais teñan uns criterios comúns a todos, non pode ser que un do tribunal valore que leva dous meses no paro, ¿entende?, e outro que valore pois que ten que ser seis meses os que leva no paro. Entón, eses criterios teñen que ser comúns a cada un dos tribunais, e tiñan que ser públicos, aínda que é unha entrevista. É que son feitas por funcionarios, pero teñen que ser públicos Sr. Presidente, ou eu entendo que teñen que ser públicos, esa é a pregunta. Sr. Presidente.- Nós temos a mellor vontade, ¿vostede sábeo?, para chegar a acordos, pero nese tema é cuestión estritamente dos funcionarios e eu aí non, e creo que ademais os, vamos, é que eu non levo esa información, que a levan en Persoal, pero creo que se pedían dun determinado perfil, ademais, en case todos, eu diría que en todos os concellos, non é que se pedira nada en particular para un sitio con relación a outro. Nese sentido creo que non hai, xa digo, non debe haber ningunha dúbida. Sr. Martínez Giráldez.- Entón, non ten porque haber ningún problema en facilitarme a relación de todo ese persoal, ¿non?. Sr. Presidente.- ¡Ah!, non, non, supoño que terá que ser pública. Pero son bastantes, son catrocentos polo menos. Sr. Martínez Giráldez.- Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Martínez Giráldez. Sr. Durán, ten a palabra. Sr. Durán Hermida.- Bos días. É un rogo, como membro da Corporación e pensando sobre todo na imaxe da mesma, é a segunda ocasión en pouco máis dun mes que temos a pouca fortuna de ver unha procesión laica, por suposto, antes de rematar o Pleno. Estamos vendo como os membros do Grupo Socialista pois, precisamente ó mellor, pois anticipando á procesión dos caladiños, que é tan propia dalgún día da semana santa, abandonan o Pleno, é un tema que nos preocupa e seguro que o Sr. Mosquera, que é unha persoa que vela pola dignidade das institucións e das persoas que formamos parte delas, pois está de acordo. É a segunda vez que desaloxan o Pleno, neste caso creo que é máis grave, porque non interviñeron máis que a dota cita xurídica habitual do Sr. Muradas, pois non interviñeron para nada, dá a sensación que máis que unha postura de protesta é que simplemente non traballaron o Pleno, dá a sensación que levan máis dun mes sen dar golpe. Hai que recoñecerlle o traballo do grupo, bueno, do BNG, que podemos estar de acordo ou desacordo, pero eles dende logo levan máis dun mes sen dar golpe, e eu creo que isto é preocupante para unha institución como esta, para o seu conxunto da Corporación, creo que tamén iso debe ter que ver, porque este grupo de Deputados Provinciais non é precisamente un grupo modesto, é un grupo doutro tipo, pero non é un grupo modesto, e ó mellor ó non ser un grupo modesto pois pasa o que pasa, ¿non?, son xente, son desposeídos políticos, e iso a verdade é que preocupa, eu dende esta, bueno, pois tranquilidade e moderación, pois que conste en acta este tema, ¿non?, porque bueno, tampouco é que queden moitos plenos e non sei se están anticipando xa algún tipo de retirada en masa para o día 22, ou despois do 22 de maio, pero o que si é certo é que non é de recibo, xa digo, non é que se levanten por queixarse, é que non interviñeron para nada no Pleno, no anterior a penas tampouco, e eu creo que ese é un tema a ter en conta, xa digo, non é edificante un grupo como o Socialista, que ten responsabilidades institucionais importantes, que estean escenificando actuacións que son máis propias de grupos marxinais ou antisistema que dun propio grupo, bueno, con importantes responsabilidades de goberno. E era iso o que quería comentar. Sr. Presidente.- Moitas gracias, neste caso ó Portavoz do Partido Popular neste sentido, comparto as dúas cuestións, todo o que acaba de dicir e máis do traballo, neste caso, do outro grupo que conforma a Corporación, do Bloque Nacionalista Galego, que está, estamos aquí, bueno, pois falando das cuestións que nos preocupan, outras que preocupan menos, pero que en definitiva pois vamos a abondar nas solucións que é o importante. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, eu creo que será a última intervención, eu simplemente estender, pero que chegou oficialmente e á parte xa se fixo persoalmente ó Presidente e Vicepresidente, estender a toda a Corporación pois o convite ó acto que vamos facer hoxe á tarde para celebrar a concesión, ó concello de Pontevedra, para celebrar a concesión do Premio de Mobilidade Segura. É a primeira vez que llo dan a unha cidade galega, esta casa tivo que ver en iso, e así se recoñecerá, e que creo que ten unha transcendencia, home, supoño que os que sexan de lonxe pois lles virá máis a tras man, pero creo que ten unha transcendencia, que, convido a todo o mundo ó acto. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Xa sabe que, así o falamos o outro día, e creo ademais que a Presidenta do Padroado ten toda a vontade de estar alí, eu se puidera pois estaría. Como sabe estamos moi próximos a esa cita, á cita do 22 me refiro, e teño unha cuestión na Illa de Arousa, municipio ó cal eu aprecio moito, e estarei alí, e se me dera tempo igual me acercaba, pero, mellor que incluso a miña representación, estará a da Sra. Pedrosa, que lles vai acompañar esta tarde nese acto. Moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición