Fondos
2011-08-05_Extraordinaria. Acta de sesión 2011/08/05_Extraordinaria
Acta de sesión 2011/08/05_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/4.2011-08-05_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2011/08/05_Extraordinaria
Data(s) 2011-08-05 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 60 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 5 de agosto de 2011 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día cinco de agosto do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Rafael Louzán Abal (PP), D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria de xullo, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días. Comeza a celebración deste Pleno extraordinario. A) Parte resolutiva: 1.6093.- APROBACIÓN DA CONTA XERAL DO EXERCICIO 2010 Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación da Conta Xeral do exercicio 2010. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, xustificar o sentido do voto, ¿non?, a Conta Xeral recordemos que é toda a documentación da xestión económica do exercicio pasado, que estivo exposto ó público, son reclamacións e demais, pero é a consecuencia da aplicación, é a documentación da política de xestión desta casa, que nós non compartimos, pero tampouco temos nada en contra da Conta Xeral, polo tanto ímonos abster. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Procedemos polo tanto a votación da Conta Xeral para o exercicio 2010. ¿Votos en contra?. ¡Ah!, é que aquí non nos sae. Entón, ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Ben, gracias Presidente. Bos días. Eu creo que a Conta Xeral é moi importante para este organismo, para a Deputación, e o Grupo Socialista non queremos pasar esta ocasión sen facer algunhas consideracións a ela. Eu teño que confesarlle que o noso grupo comezou este novo mandato ilusionado polo cambio que parecía que experimentaba o goberno desta Deputación. Despois de moito tempo advertíndolles dende estas bancadas que a política económica desta institución era máis propia doutros organismos e que non dun organismo democrático e redistribuidor como é a Deputación, mirábamos con certa ledicia a nova cara deste goberno que parecía que se daba conta de que o que facía era xestionar fondos públicos de todos os cidadáns, para todos os cidadáns de Pontevedra, recursos de todos os pontevedreses e non precisamente un saco sen fondo. Por ese motivo demos o noso voto a favor, como faremos en todos os momentos nos que a política desta Deputación se poña do lado dos cidadáns e non como se dicía na máxima do despotismo ilustrado, “todo para o pobo pero sen o pobo”. Pero tamén lle advertíamos que este apoio non era un cheque en blanco, sería un apoio crítico e construtivo, un apoio a unha política austera e realista, cunha situación que están a vivir os cidadáns, unha situación na que ata o momento esta Deputación ten feito ben pouco para mellorala, para axudar a que a súa acción servira de colchón para o momento complicado de crise como nunca se viviu neste país. Houbo quen tomou boa conta e contando cos concellos distribuíu máis de oito mil millóns de euros para xerar emprego, para mellorar a economía e polo tanto para a estabilidade. Outros, como neste caso, con pouca fortuna, seguen pensando que os concellos son menores de idade e que non valen por si mesmos para poder contratar obras, que tras case tres anos, nalgún caso, están sen executar por esta Deputación. Por iso mirabamos con optimismo esta redución do capítulo destinado a órganos de goberno, que se aprobou no Pleno de organización, aínda que fose un acto de cara á galería, que non afecta a máis do 1% do presuposto, e dende logo tamén uns con máis sacrificio que outros. Pero agora, diante dos resultados desta Conta Xeral, realmente nos fai pensar se este nimio recorte era o primeiro dos actos que se facía por esta Deputación, ou, un acto de enorme cinismo político, dado os resultados do exercicio 2010. Porque miren vostedes, da análise deste documento, a Conta Xeral do exercicio do 2010, podemos dicir, e se utilizamos algún término médico, e lle facemos un TAC, a conclusión sería que goza de pouca saúde e que reflicte un estado preocupante. Queremos resaltar, en primeiro lugar, a execución, o grado de execución do presuposto do exercicio, con 146 millóns de euros, non se sabe e se descoñece con que obxectivo, dado que non se gastaron máis de 147 millóns de euros, e queremos facer unha referencia a partidas significativas. Miren vostedes, en Pontevedra, por facer referencia a algunha delas, hai dúas partidas, unha de 2.423.000 euros, dos que seguen pendentes 2.319.000; outra, tamén en Pontevedra, de 3 millóns e algo de euros, dos que se gastaron só 18.000; pero ademais aparece tamén na Conta Xeral o plan Vigo, dotado con 2.342.000 euros, e aquí nin un euro investido. E que me din vostedes do plan de inversións en concellos, o Plan anticrisis, dotado con máis de 30 millóns de euros, dos cales quedan pendentes case 26 millóns, só gastados 4 millóns de euros. E aquí só nos queda algunha pregunta máis, seguen, que rechamábamos nos comezos, seguen sen confiar nos concellos, seguen sen confiar na súa capacidade de xestión. Pero mire, seguimos, tamén aparece aí na Conta Xeral un capítulo de cooperación provincial a concellos, e dunha partida de 5,5 millóns de euros levan gastados soamente 761.000 euros, quédanlle polo tanto pendentes 4,6 millóns de euros. E ante isto de por si grave, que acusa unha falta e nula xestión, engádese que modificaron o crédito en cooperación por municipios en 4,4 millóns de euros, levan gastados 2,4 e lle quedan pendentes 1,9. Esta falta de capacidade de xestión sobre todo nun momento de dificultades, de crisis, de moitas dificultades económicas cando a inversión pública é máis necesaria que nunca nos concellos, porque exerce unha redistribución para todos, isto é un motor fundamental para a economía, para os autónomos, para as pymes e tamén para a creación de emprego. ¿Por que vostedes deixan de investir millóns de euros?. Isto é unha irresponsabilidade. Miren, durante dous anos o Plan E o fixo nos concellos e serviu para dinamizar a economía e tamén para crear emprego. ¿Como é posible que vostedes mesmos creen un Plan anticrisis, para loitar contra a crisis e favorecer a economía e o emprego, con 40 millóns de euros na caixa para o seu desenrolo, e tras dous anos de poñelo en marcha non chega ó 15% da súa execución, e por se fora pouco, seguen con 12 millóns de euros sen comprometer. En definitiva, dende o Grupo Socialista queremos dicirlle que vostedes fixeron un plan anticrisis para a galería, para os medios de comunicación, un plan anticrisis partidario, electoral, polo contrario en propaganda e publicidade si se executa o presuposto. E non quero, dende o Grupo Socialista non queremos deixar tamén de lembrar aquí, cando vostedes nos presupostos se cargaban o plan de emprego, e, a iniciativa do Grupo Socialista, se retomou este desbaraxuste e dotouse con 3 millóns de euros. E algo que tamén nós nos preguntamos, e se preguntan tamén os gobernos locais, ¿cal é o criterio para o reparto dos medios para loitar contra a crisis?. É o número de desempregados e desempregadas deses municipios, é a poboación, é a cor política, máis ou menos amigos, ¿cal é o criterio para poder acceder a eses fondos?. Dende o Grupo Socialista esiximos transparencia e que todos os municipios coñezan os criterios con que se distribúen os fondos públicos. E ademais temos a deuda, onde está a austeridade se temos unha deuda do 101,100%, 130 millóns de euros, a maior deuda da Deputación. E ademais a carga financeira supón case un 15% do presuposto, é dicir, un sexto do presuposto vaise en facer fronte a esta deuda, o que deixa as mans atadas para o futuro. E xa, para rematar, dicir que os propios organismos autónomos, dos oito teñen cinco en déficit, dous con moita deuda, cun déficit moi importante, ¿por que hai un millón de euros de déficit no organismo autónomo do Museo Provincial?, e ¿por que hai unha deuda pendente de máis de sete millóns de euros no IPESPO?, ¿cal é iso?. Dende o Grupo municipal queremos dicirlle, dende o Grupo Socialista, gracias, lle queremos dicir de que non hai unha xestión eficaz, por non dicir que non hai xestión, tampouco hai austeridade e moito menos transparencia. Miren, nós xa vamos a fuxir nesta Deputación do debate de deputación si, deputación non, porque con esta deuda e con esta xestión, con esta falta de austeridade vostedes a levan á desaparición con este ritmo. Esta entidade a este ritmo vai á bancarrota. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor despois desa letanía importante. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, bos días. Hoxe estamos na aprobación da Conta Xeral, mire, é curioso que unha Conta Xeral que non recibiu ningún tipo de alegación, dende logo o discurso do representante do Partido Socialista, bueno, eu creo que todos nos demos conta, que é un discurso que llo fixeron, un discurso que seguramente me gustaría saber esas dúas partidas de Vigo e Pontevedra, que no las explicase un pouco máis, porque eu non entendín o que quixo dicir con esas dúas partidas que están sen executar. O Sr. Mosquera facía unha carantoña con respecto a ese tema, porque se dá conta que vostede está falando de oídas e está falando de alguén que lle fixo o discurso non sei onde, seguramente ó mellor nin na provincia de Pontevedra, porque dende logo se facemos referencia á Conta Xeral e ó resultado desta Conta Xeral, evidentemente non ten nada que ver coa filosofía que vostede quere plantexar. Miren, vostedes dende o Partido Socialista, eu creo que están pouco autorizados a falar da crisis, porque foron os que levaron a este país á ruína, que o Partido Socialista poida falar dun plantexamento de crisis, e de que resolven a crisis, cando o país está pasando o que está pasando. Esta mañá estamos escoitando en todos os medios de comunicación o que está pasando, home, eu creo que é para sonroxarse un pouco polo menos, ou teñen moita cara dura política ou evidentemente son uns irresponsables e uns incoherentes. Eu creo que debían de estar calados, porque nos levaron a todos, a este país, á situación na que estamos, con cinco millóns de parados, cinco millóns de parados que se vostedes seguen gobernando seguramente se multiplicarían non sei por cantos, e evidentemente, tiveron que adiantar as eleccións. Home, eu creo que hai que ter un pouco de coherencia, de responsabilidade, de sentido común, e de aparecer ante a cidadanía, evidentemente, pois sendo máis ou menos coherentes. Hai outro dato, é dicir, é curioso, vostedes as políticas desta casa, parece que vostedes as urnas non as respectan, home, non me estraña, cando din que ganan onde non ganan, cando gobernan onde non ganan porque pactan e lle dan votos, pero mire, nós de 14 Deputados subimos a 17, ¿vostedes cantos eran?, ¿cantos eran na anterior?, que eu xa non me acordo, dous máis, é dicir, baixaron dous na provincia, quere dicir que fixeron as cousas ben, é dicir, eu supoño que cando as políticas están ratificadas nas urnas, evidentemente, eu creo que obvia calquera comentario, pois non ten máis sentido. Mire, nós é certo que fixemos un plan anticrisis, pero fixémolo co esforzo, pois co esforzo desta casa, vostede seguramente na súa intervención non dixo que o Goberno central lle privou a esta casa dun Plan Operativo Local denominado POL, aproximadamente pois en cinco anos, pois en torno a 80 ou 90 millóns de euros, que privou a todos os concellos, a todas as entidades, a todos os sectores da provincia de Pontevedra, de poder desenvolver e desenrolar. Cando vostede fala, ¿que pasa no IPESPO?, eu creo que non se dá conta, non sabe nin o que é o IPESPO, seguramente, non sabe o que fixo o IPESPO, nin sabe o desenrolo que está a facer o IPESPO en metros cadrados de solo industrial, que seguramente é dos poucos que agora mesmo na provincia poden estar operativos. Cando vostede fala da situación do plan anticrisis e que está sen executar, bueno, pois, a min me parece que é falar única e exclusivamente por falar, e por facer unha crítica sen máis resonancia ou sen máis comentario que iso mesmo. Polo tanto, evidentemente, nós vamos a seguir na nosa liña, na nosa liña, de apoiar ás deputacións, vostedes non o apoian pero están aquí, vostedes en Lugo non as apoian pero están na Deputación, cando perderon a de Coruña tamén estaban e non dicían absolutamente nada, e incluso vostedes tiveron unhas diferencias internas, onde aquí xa tiñan vostedes a candidata, ¿que pasaría se vostedes ganaran a Deputación?, entón si que terían a súa candidata e ó mesmo tempo defenderían esta Deputación. Eu creo que teñen que ser un pouco máis coherentes, e dende logo, cando un partido leva a un país a unha crisis tan profunda como están levando vostedes, eu creo que o mínimo que poden falar é polo menos de coherencia e de responsabilidade. Nós vamos a seguir traballando para todos os veciños e veciñas da provincia de Pontevedra, vamos a seguir traballando para os concellos, vamos a seguir traballando dende logo para todos os sectores económicos e por suposto sociais, que nesta provincia hai un colectivo moi importante tanto a nivel social, cultural, deportivo, como doutras índoles. E polo tanto, creo que esta Conta Xeral ó final o que demostra é as políticas que leva cada grupo político. Nós estamos moi satisfeitos das nosas políticas, estamos moi satisfeitos dos proxectos que levamos a cabo e das xestións que se fixeron ó longo do ano 2010 e en anos anteriores, tanto en eidos sociais, culturais, deportivos, como axudas ós sectores e ás pequenas e medianas empresas, como ó final se fixo ó longo dos últimos anos. Despois vamos a falar seguramente de proxectos europeos, onde tamén temos pois unha magnífica xestión. Polo tanto, eu creo que o que hai é que felicitar a todos os responsables políticos do ano 2010 e anteriores, polo magnífico traballo que están a facer dende a Deputación para o benestar de todos os veciños e veciñas da provincia de Pontevedra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Santos, D. Cesáreo Mosquera, primeiro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas grazas Sr. Presidente. ¡Hui!, os que xa coñecemos a dinámica destes plenos me parece que temos que empezar a rogar que as eleccións xerais sexan canto antes, porque sabemos a terrible atracción que teñen as eleccións de ámbito non local, polo tanto, que non afectan a esta Deputación, sobre os debates de aquí, e moito nos tememos que vamos a ter que chupar debates de outro, diso, de política estatal nesta Deputación, agardemos que non sexa así pero a pinta vai por aí. Só dúas aclaracións, a primeira, dígoo porque son dúas imprecisións que, a primeira é que o de Pontevedra e Vigo, si é certo e en parte, hai unhas partidas para, hai unha partida que está aí historicamente, que case sempre pasa a remanentes e demais, pero as situacións son radicalmente distintas, dígoo por cuestións de xustiza, non. En Pontevedra hai un acordo no que esa partida é tamén a participación no plan anticrise, pois fíxose por outra vía e polo tanto, xa se ten dito aquí neste Pleno, que polo tanto o acordo era sobre 5 millóns de euros, senón me acordo mal, e polo tanto está subsanado. Non é certo que Pontevedra non estea, o concello de Pontevedra non estea recibindo da Deputación, bueno, como todos os concellos pensará que lle gustaría recibir moito máis, pero non é certo que non estea recibindo, en obra, non no referente ó concello, en obra, pero si que se está recibindo. O caso de Vigo é distinto, xa se dixo que se houbo, hai un problema serio de que a participación da Deputación en actuacións en Vigo está sendo bastante pequena, dígoo por aclaralo, para que non, para que quede, vamos, o que é verdade. E en segundo lugar, o do POL tampouco o gastaron, hai un recorte de fondos FEDER, hai un recorte de fondos FEDER, e en concreto esta Deputación non se pode queixar, porque dos fondos FEDER que é bo para Galicia, agora por exemplo, nesta segunda fornada do período, pois a Deputación de Pontevedra é a que mellor parada sae con distancia, con distancia, ou sexa, hai un recorte de fondos FEDER, que son fondos da Unión Europea, pois se quedan reducidos á cuarta parte ou o que sexa do que eran antes, pois o reparto fíxose doutra maneira. Vostedes aquí protestaron moitísimo supoñendo que ía haber unha discriminación a esta Deputación e é falso, radicalmente falso, miren a relación das que se concederon e resulta que a Deputación de Pontevedra é das entidades locais máis favorecidas. Bueno, entón esa queixa do, esa queixa do POL, pois non ten absolutamente ningún sentido, e sorpréndeme moitísimo que se poida usar como argumentación porque é deixala, daquela montaron un alboroto tremendo co do POL, que desaparecía, cando o POL era o nome que recibíamos fondos FEDER. Neste novo período quedaron reducidos extraordinariamente nas administracións locais, e supoño que naquel momento tiñan a sospeita de que esta Deputación, porque a gobernaba o PP e no Estado gobernaba o PSOE, pois ía a saír moi mal parada e é falso, hai menos para todos, pero é das que mellor parada sae, pero con distancia, é a Deputación de Pontevedra. Déixense de queixar diso porque non é, non é real nin é xusto. Bueno, indo ó fondo da cuestión, é dicir, a Conta Xeral, repito, é a plasmación do que se fixo o ano pasado, e xa durante todo o ano pasado houbo os debates que houbo, nós non compartimos a política que estiveron seguindo, xa criticamos no seu momento, pero o que é a Conta en si, pois é dicir, que non ten ningunha alegación, nin ningún problema en especial, que lle teñamos detectado. Polo tanto ímonos abster pero por eses motivos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, o Sr. Figueroa contestou a todo o que non lle preguntei. Nos documentos que aportan á Conta Xeral, que dende o Grupo Socialista temos que dicir de que técnicamente están perfectos, hai bos profesionais na Deputación, polo tanto técnicamente perfectos, nada que alegar, por iso non houbo alegacións. Pero si nesa documentación o que di é que hai 129.459 euros de deuda, iso di aquí, vai firmado polo Secretario, 129.459.526, a iso da deuda non contestou o Sr. Figueroa. Nas partidas, nas partidas, nas follas 86-87 aparece o executado en Pontevedra, e en Vigo nada executado, así como as outras partidas que fixen referencia do plan anticrisis, iso tampouco contestou. Porque miren, de remanentes, como veremos no seguinte punto da orde do día hai 12 millóns de euros, dos cales coa modificación de crédito que se vai aprobar no seguinte punto da orde do día, xa se consumen máis de nove millóns, polo tanto está sen executar. É grave, é grave que estea sen executar do presuposto de 2010, e repito, cunha situación de crisis, de dificultades, o 50% dese presuposto, 50% do presuposto de 2010 sen executar. Eu non sei a que se lle pode chamar coherencia ou non coherencia, porque hoxe estamos a falar da Conta Xeral, nós podíamos falar do que leva feito o goberno do Partido Popular, goberno do Sr. Feijoo, en Galicia, en pouco máis de dous anos, pois temos máis deuda, máis paro, menos sanidade e menos educación pública, e non me vou a estender máis fóra do que nos trae hoxe aquí que é a Conta Xeral da Deputación de Pontevedra, repito, a Conta Xeral da Deputación de Pontevedra. Miren, temos polo tanto unha Deputación endeudada, coa conta, coa caixa a cero, e mire, do IPESPO hai unha sentencia, non quería facer referencia a ela, pero mire, lle reitero unha Conta Xeral tecnicamente ben feita, por bos profesionais, pero a xestión política, un dos presupostos, un auténtico desastre. E segue sen contestarme cales son os criterios de reparto ós concellos. Non contestou cales son os criterios da Deputación para facer o reparto ós concellos. Sabemos que por exemplo o Plan E ou o FEIL se facía por poboación, aquí descoñecemos polo que se fai. Ben, nós nos vamos a abster nesta Conta Xeral, o Grupo Socialista vámonos a abster porque cremos, cremos que non se fixo unha boa xestión deste presuposto, do presuposto de 2010, por todo o que nós fomos trasladando na primeira intervención. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Para pechar ten a palabra o Portavoz do Partido Popular, o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, eu creo que ó final é redundar nos mesmos argumentos, se ve perfectamente que lle prepararon o discurso e que no fondo do tema non coñece esta casa, non coñece como se xestiona a parte económica desta casa e dende logo creo que esta Deputación dá mostras de solvencia, dá mostras de rigor, se mirará despois nos pagos e nos compromisos cumpridos. Seguramente hai outras administracións que gardan as facturas nos caixóns, aquí non, aquí aflora absolutamente todo, é dicir, polo tanto, non sucede como noutras administracións gobernadas por outros partidos, que despois resulta que cando hai un cambio de goberno ou cando se termina a xestión dun mandato, pois ó final afloran pois todos eses compromisos, esas débedas que ó final non existen. Eu creo que esta casa a nivel económico sempre se caracterizou pola máxima transparencia, pola máxima solvencia, polo máximo rigor nos seus compromisos, e dende logo, o plan de infraestruturas desta casa se fixo cuns criterios moi claros, é dicir, que foi aprobado nunha Xunta de Goberno, que foi trasladado incluso ó Pleno, e onde todos os grupos políticos tiveron coñecemento de cales eran os criterios polos cales se destinaban os recursos a cada un dos concellos. O que ocorre é que seguramente vostede ten unha mala influencia ou un mal asesoramento, estou totalmente convencido diso, porque seguramente tamén, cando leve algún tempo, se dará conta de cal é o obxectivo primordial desta Deputación, por suposto, atender a todos os concellos da provincia de Pontevedra, pero dunha maneira especial a aqueles máis necesitados, a aqueles con poboacións moi pequenas, que están dispersos, que están, seguramente con moita problemática económica, e que evidentemente ese é un dos obxectivos fundamentais, se deu conta, eu lle podía entrar en máis cuestións, pero xa se deu conta, xa lle contestou o Sr. Mosquera, que evidentemente, que vostede descoñece os compromisos que houbo con Pontevedra, xa llo dixen, fala dunha partida fría pero non sabe cales son os compromisos que hai detrás desas partidas. E con respecto a Vigo, cando queira falaremos, non vou a centrar o debate na cidade de Vigo, que vostede é concelleiro e eu tamén, en Vigo, e polo tanto sería unha descortesía cos demais compañeiros, pero tamén lle digo que esta cidade, Vigo, dende a Deputación ten un compromiso e tivo sempre un compromiso a Deputación coa cidade de Vigo. Unha cousa distinta é que alguén queira manipular a realidade, que alguén queira terxiversar esa realidade, ou que alguén queira confundir á opinión pública. Dende logo eu como representante de Vigo nesta Deputación, estou moi orgulloso e moi satisfeito do compromiso que ten a Deputación con Vigo, sendo solidario tamén cos compromisos que ten cos demais concellos da provincia de Pontevedra. E esa é a cuestión, e volvo a repetirlle, D. Santos Héctor, que vostede que representa a un partido que levou a España á ruína e a este país á ruína, que vostede poida falar de solvencia económica, de transparencia, de responsabilidade económica e de xestión económica, pois, como diría o refrán “manda iso na Habana”. Sr. Presidente.- Bueno, como houbo xa as intervencións de todos os grupos en relación a este tema, creo que quedou perfectamente claro o coñecemento que ten cada grupo político da realidade da situación da propia Deputación, e cada un debe mirarse a si mesmo ou ó partido que representa, pois todos os cidadáns xa teñen claro, que foi o que pasou hai un par de meses, e entón en función diso debemos aprobar estas Contas que dalgunha maneira pois é o exercicio do ano 2010, e polo cal vamos a proceder á súa votación para aprobala. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Ditaminada favorablemente pola Comisión Informativa Especial de Contas, en sesións celebradas os días 26 de abril e 2 de agosto de 2011, a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, correspondente ó exercicio de 2010, ó non producirse reclamacións, reparos ou observacións contra a mesma, durante o prazo regulamentario que estivo exposta ó público, e a teor do disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 de 2 de abril, en concordancia co artigo 212 - 3º do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: - Aprobar a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2010, e que a forman a da propia Deputación e a dos organismos autónomos seguintes: Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola Universitaria de Enfermería, Turismo “Rías Baixas”, Caixa de Anticipos de Cooperación, Instituto para a Promoción e o Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO) e Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), integradas polo balance de situación final (composición e situación do patrimonio), a conta de resultados económico-patrimonial, o estado de liquidación do orzamento, a memoria, o estado de tesourería e o estado da débeda. Así mesmo incorpóranse certificacións de entidades financeiras cos saldos existentes nas mesmas a favor da Deputación referidos ó fin do exercicio, de conformidade co establecido nas regras 97 a 104 da Orde EHA/4041/2004, de 23 de novembro, pola que se aproba a instrución do modelo normal de contabilidade local. 2.6094.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA NÚM. 10, DENOMINADA “SANEAMENTO NO NÚCLEO DE SAN ANTÓN, PARROQUIA DE OUBIÑA”, INCLUÍDA NO PPC 2011, DO CONCELLO DE CAMBADOS, POLO INVESTIMENTO COMPLEMENTARIO NÚM. 11 “SANEAMENTO NO LUGAR DE REFOXOS, PARROQUIA DE CORBILLÓN ATA SAN MIGUEL” Sr. Presidente.- Punto número 2. Cambio de aplicación da obra nº 10 denominada “Saneamento no núcleo de San Antón, parroquia de Oubiña”, concello de Cambados, incluída no Plan Provincial de Cooperación 2011, polo investimento complementario nº 11 “Saneamento no lugar de Refoxos, na parroquia de Corbillón ata San Miguel”, así é como figura a denominación da obra que se acomete no concello de Cambados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal celebrada o 2 de agosto de 2011, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra nº. 10, incluída no PPC 2011, denominada “Saneamento no núcleo de San Antón, parroquia de Oubiña”, por un importe de 62.881,37 € pola actuación complementaria nº 11, denominada “Saneamento no lugar de Refoxos, parroquia de Corbillón ata San Miguel”, co mesmo financiamento que a anterior e detallada como se relaciona: • Obra nº 11 de CAMBADOS. “Saneamento no lugar de Refoxos, parroquia de Corbillón, ata San Miguel”: ADMINISTRACIÓN IMPORTE MAP 25.152,55 Deputación 18.864,41 Concello 18.864,41 TOTAL 62.881,37 3.6095.- APROBACIÓN DO PROXECTO AXUSTADO: DEPOTIC Sr. Presidente.- Os puntos números 3, 4 e 5, se os Portavoces están de acordo, son 3 proxectos de fondos comunitarios, cunha participación importante da Deputación, que aporta un 30% destes fondos, se lles parece os podemos aprobar de maneira conxunta. Polo tanto, ten a palabra o Portavoz do Partido Popular para a exposición dos mesmos. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, aquí hai tres temas, tres asuntos, incluso podemos incluír un cuarto que é o punto nove, que tamén é un proxecto Aquelando 3. Bueno, con referencia ó que dicía o Sr. Mosquera, é certo que recibimos unha cantidade importante dos Fondos Europeos e tamén de fondos sociais europeos. Pero tamén non é menos certo, Sr. Mosquera, que estes cartos xa os recibíamos anteriormente, porque esta casa dende o ano 2002 ó ano que estamos en curso, con estes proxectos pois se xestionaron aproximadamente uns 98 millóns de euros, de proxectos que presentamos, que despois lle podo facer un resumo se o considera oportuno. Polo tanto, bueno, pois eses cartos xa existían, non quere dicir que o POL, ou os fondos FEDER supriman ó POL, non, o POL eran uns cartos a maiores, uns ingresos a maiores que tiña esta casa para xestionar as súas necesidades. Pero bueno, agora mesmo estamos falando de catro proxectos: o DepoTIC, DepoGAP, DepoDEZA e AQUELANDO 3. Dos tres proxectos iniciais, DepoTIC, DepoGAP e DepoDEZA, estamos falando dun presuposto total de 25 millóns de euros, dos cales o 30% ten que aportalos esta Deputación. E, para resumir un pouco cada un deles: O DepoTIC é un proxecto cun presuposto de 11,3 millóns de euros, de tecnoloxías da información e da comunicación, para toda a provincia, e para crear dunha maneira especial un centro provincial de asesoramento virtual, un modelo de comercio electrónico para Pymes, oficinas de tramitación e de administración electrónica, tamén un centro de coñecemento avanzado para a explotación do patrimonio documental e bibliográfico, un centro provincial de asesoramento empresarial e de emprendedores, e a potenciación de servicios sociais, eu creo que é un proxecto moi pero que moi interesante. Dentro do DepoGAP, que é o segundo proxecto, estamos falando dun presuposto de 8,3 millóns de euros, e é dunha maneira especial o obxectivo fundamental para crear un inventario de activos provinciais, dotando ós concellos dunha infraestrutura interna que lle permita optimizar a súa xestión. Dotar de tecnoloxía ós concellos para que conten cunha ferramenta de xestión de activos provinciais, e tamén se realizará unha proba piloto para identificar a utilidade da ferramenta de xestión coa eficiencia enerxética. Eu creo que é un tema de absoluta actualidade e que loxicamente, bueno, eu creo que todos temos que, dende a administración local, dunha maneira especial, temos que traballar nesa dirección. O terceiro proxecto é o DepoDEZA, que é un proxecto de 5,6 millóns de euros, para atender as necesidades da comarca do Deza. Sobre todo vai dirixido a 6 concellos cunha serie de actuacións como é o inventario da Cultura e a súa posta en valor, dinamización do sector gastronómico e agroalimentario, cunha potenciación da festa do cocido, establecendo unha rede gastronómica na comarca, mellorar tamén a calidade dos produtos agroalimentarios e a creación dun modelo de potenciación de comercialización na comarca, e por suposto tamén crear un plan de promoción e difusión. Con respecto ó Aquelando 3, bueno, pois é a continuidade xa dun Aquelando 1 e Aquelando 2, que dunha maneira especial o obxectivo fundamental é a inserción laboral. No último Aquelando participaron 500 persoas, en cursos de atención e servizos, e bueno, pois pensamos que este novo proxecto Aquelando tamén, tamén pode desenrolar, creo que os fins que perseguimos, que é de recuperar, e dunha maneira especial prestarlle unha especial atención ó que pode ser toda a inserción laboral. Nós dende logo vamos a seguir traballando nesta dirección, creo que temos que estar moi satisfeitos da creación do equipo que se puxo en funcionamento dende a propia Deputación, cando chegamos aquí, sobre todo dende a nova etapa do Sr. Louzán como Presidente desta Deputación, se lle prestou unha especial atención a este departamento, se creou un departamento de desenvolvemento local e fondos comunitarios, e creo que, pois ó final un equipo humano, incluso moi reducido, que conta con moi poucos funcionarios adscritos permanentemente, despois é certo que cada proxecto ó final, bueno, pois vai incorporando unha serie de técnicos e persoas que van desenrolando ese proxecto, que aproximadamente podemos estar falando nestes últimos 8 anos, neses 100 millóns de euros, de aproximadamente tres mil persoas que directa ou indirectamente, pois participaron en todos eses proxectos, estamos falando dun número pero que moi, moi importante, en torno ós 100 millóns de euros, de inversións e de utilización destes proxectos, de destino económico, e creo que, home, se en oito anos, oito anos e pico, se acadaron cerca de 100 millóns de euros en subvencións e en axudas, e estes proxectos foron dirixidos aproximadamente a participar unhas tres mil persoas, eu creo que bueno, que é unha cifra moi considerable e moi a ter en conta, e sobre todo, felicitar a ese departamento porque o traballo que está a facer, que fixo e que seguirá facendo, porque tamén temos outros novos proxectos solicitados, que remataron o 18 de xuño, e que están sen rematar, que son tres; un se denomina Env.I.TE, que é para a xestión integral de augas na comarca do Umia; e tamén liderar un proxecto que tamén participa Augas de Galicia;, despois outro proxecto que é o de Depogreensoil, que é para uso sostible de aproveitamentos forestais, outro tema de máxima actualidade; e tamén Atemar, que é para a redución de gases, efecto invernadoiro, climatización innovadora a través da biomasa e outros sistemas. Como ve vostede todos estes proxectos se están destinando pois a temas medioambientais, de sostenibilidade, de inserción laboral, que creo que son importantes, e sobre todo de promoción tamén nalgúns casos. Polo tanto, eu só me queda para rematar, de verdade, felicitar, dunha maneira moi, pero que moi especial a este departamento, ás persoas que colaboraron en todos os proxectos, lle podía facer a relación de todos os proxectos, se algunha quere pois xa a temos á súa disposición, onde, bueno, eu creo que por todas as áreas aquí temos unha cantidade de proxectos importantísimos con esa captación de fondos, que está en torno ós 100 millóns de euros. Pero bueno, hoxe o que traemos a aprobar é estes catro, que eu creo que son importantes e que ó final pois poden servir para desenrolar e cumprir os obxectivos que perseguen cada un deles. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, grazas Sr. Presidente. Ben, non creo que sexa cuestión de aclarar os do FEDER, os do POL era FEDER e demais, creo que está claro hai tempo, aínda que o Sr. Figueroa deslizou aí creo que un certo erro. Estamos perante uns proxectos financiados pola Unión Europea, e bueno, nestes momentos en que todas as cifras e datos que están sobre a mesa, pois son francamente espeluznantes, pois non está demais recordar que significa isto. A orixe disto foi un certo tratado de adhesión á Unión Europea, que a cambio de certos sacrificios económicos e produtivos, pois a Unión Europea nos mandaba uns fondos. O balance, cando menos para Galiza, destes, xa fará vintecinco anos, é absolutamente terrorífico, terrorífico, estamos perdendo poboación de maneira acelerada, os nosos sectores produtivos básicos todos tocados da ala, sexa o naval, sexa o agro, sexa a pesca, todos tocados da ala, sexa a conserva, xa case desaparecida, etc., etc., e nesa arquitectura institucional e económica que se fixo, chámese Maastricht, chámese do tratado do constitucional, pois obviamente quen ten a sartén polo mango na Unión Europea a cambio de mandarnos estes fondos, pois reservouse o dereito a poñer certas condicións, ¿verdade?, e de feito, por exemplo, nestes momentos pois países que non están na UE, máis pobres ou menos pobres, non están na situación na que están os que estamos na UE, non están nesa situación de crise tan terrible e tal, que obviamente, obviamente, van ser parvos os alemáns, os franceses ou o que sexa, e nos van a mandar uns fondos a cambio de nada, a cambio de nada, nolo van cobrar e caro, e nos están pasando a factura dunha maneira dura, bueno, polo medio sempre hai o famoso, o famoso leviatán dos mercados e demais, si, si, …, e demais, obviamente, quen parte ben reparte, e aínda por riba se lle dá algo como é neste caso, eses fondos, e vainos a cobrar e ben caros, e ben caros que nolos está cobrando, aí están os datos, ata en cuestións tan elementais como a evolución demográfica deste país. Ben, dito isto, obviamente nós non estivemos de acordo en como se fixeron, toda esa arquitectura e todas esas decisións, os resultados están aí, son francamente tremendos, pero tido isto se os resultados están aí, pois bueno, obviamente, pois o que nos poidan dar, que xa nolo están cobrando ben caro por outro lado, carisimo, en términos económicos de paro e de todo, vamos, en decisións de recortes e de sacrificios impostos pola UE e impostos tamén polo Fondo Monetario, pero vamos, neste caso é a UE, pois se nos dan algo obviamente non vamos a dicir que non, a decisión foi noutro momento, ¿verdade?, igual era mellor que non nos deran, que nos deran algo menos e que nos deixaran producir, deixaran existir como economía, pero bueno, como iso está xa feito, pois obviamente, se nos dan algúns fondos pois non os vamos a rexeitar, obviamente que nos vamos a rexeitar. E polo tanto, independentemente de que poidamos estar máis ou menos de acordo con algúns dos fins e que é o que vai pasar con isto, dano para isto, non o dan para outra cousa, probablemente fora máis necesario que o deran para outra cousa, pero bueno, dano para isto, pois sen entrar en matices vamos a votar a prol dos catro puntos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si. Gracias Presidente. Bueno, eu creo que estes fondos son importantes e quixera resaltar aquí de que o 70% o pon o Goberno de España, son fondos europeos que se tramitan a través do Goberno de España, e que fai a súa distribución e neles veñen, para que polo tanto deses 100 millóns que falaba o Portavoz do Partido Popular, 70 os aporta o Goberno de España. Eu quero felicitar a boa laboura que fan os equipos, porque seguramente que senón fixeran esa boa laboura non serían renovados estes acordos. E cremos ademais que é unha posibilidade de inversión real na nosa provincia, e ademais que se deben aproveitar, se, como vostedes din, para novos nichos de emprego, pois moito mellor e que poida axudar a saír da crise. Polo tanto, aquí nós simplemente recordar que é unha aportación do 70% do Goberno de España, e que os equipos o deben estar facendo ben cando se renovan estes proxectos. Polo tanto, animalos a que se siga facendo ben e conten coa nosa colaboración tamén para levalos a cabo. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias D. Santos Héctor, pero a verdade é que España non está para conceder nada, pero son fondos, o 70% son de fondos europeos non son do Goberno de España. Pero si é certo, xa lle vou dar a palabra ó Portavoz do Partido Popular, que lle informo tamén ó Sr. Mosquera, porque parece que estaba un pouco despistado, que, en relación a esta concesión, esta concesión tiña que facerse no mes de marzo-abril, pero o Partido Socialista estivo esperando a ver que pasaba alá polo 22 de maio, e entón como viron despois que pasou o que pasou, dixeron, mira, vámosllo dar a Pontevedra porque á Coruña non lle deas nada que acaban de chegar os do PP, a outras localidades tamén, que podían solicitalo os de máis de 20.000 habitantes, e entón ó final Pontevedra saíu afortunada, do cal nos alegramos, pero é un pouco para trasladarlle a información ó Sr. Mosquera, que estaba un pouco despistado desta situación que o Partido Socialista estivo á espera de a ver a onde mandaba estes importantes caudais, que espero que poidamos administrar ben e que vaian en beneficio dos cidadáns e das administracións locais que son os concellos. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, para rematar, eu creo que xa o Presidente dixo que o ía, adiantou que o ía a dicir, polo tanto, bueno, dicirlle que estes son fondos loxicamente europeos, que se fai a través dunha comisión, a través do Goberno Central, pero en calquera caso hai primeiro que facer a solicitude, plantexar os proxectos nas debidas condicións, e eu creo que tecnicamente e socialmente estes proxectos están todos magnificamente presentados e sobre todo con obxectivos moi claros, dende logo eu non sei, pero me gustaría facer unha análise das demais administracións, pero eu creo que estamos a nivel nacional á vangarda seguramente de proxectos innovadores, de proxectos que teñen un contido social importante e medio ambiental e eu creo que, bueno, pois igual que antes se falaba de que nesta casa parece que a xestión é non sei que, non sei canto, segundo algúns, pois aquí se demostra a verdadeira xestión tamén, se demostra tamén a iniciativa, os proxectos innovadores, que esta casa aposta por desenvolver proxectos singulares. E bueno, pois eu podía falar de moitas outras cuestións que evidentemente non o vamos a facer, dende logo, eu creo que esta casa, esta Deputación en canto a proxectos é unha Deputación moderna, actualizada ós tempos e aquí é onde se demostra tamén, porque parece que só queda o tema das carreteras e de todo iso, non, home, non, mire, hai tamén una serie de proxectos que son importantes, que ó final aquí, como se está comprobando, directa e indirectamente participaron nestes proxectos, eu creo que incluso máis, eu creo que poderíamos falar non de 3 mil ó mellor entre 4 e 5 mil persoas, pero bueno, estamos sendo rigorosos neste tema, porque cando se fala de cifras, ós que van destinados os proxectos, moitos ás veces dan unhas cifras que parecen estratosféricas, pero non, nós falamos de 3 mil, pero eu estou convencido, totalmente convencido, que se facemos unha análise polo miúdo estamos falando ó mellor do entorno de 4 ou 5 mil persoas que se beneficiaron dalgunha maneira directa ou indirectamente destes proxectos. Polo tanto, eu creo que o obxectivo está cumprido, vamos a desenrolalos, vamos a seguir traballando nesa dirección, e vamos a intentar que o equipo, polo menos eu pediría Sr. Presidente, que ás veces non é un problema de cartos, dos funcionarios nin dos que traballan, ás veces tamén é de atencións que se lle, que se lle felicite a este equipo dunha maneira directa dende o Pleno, polo magnífico traballo que fixeron, que están a facer, e que estou totalmente convencido que van a seguir facendo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Así o faremos. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Moi breve. Eu felicitaba ós equipos porque realmente o Goberno do Estado que é o que recibe estes proxectos, e os evalúa, e os concede pensando nos resultados técnicos, no que alí levan, no que alí levan, pero, polo tanto, isto de dicir que son fondos europeos e xa está, que o Goberno de España non ten nada que ver, eu, quero dicirlle Presidente, de que me parece que Pontevedra e Galicia son España tamén, non sei se é que non pertencen aí. Pero xa que estamos de campaña electoral, antes facíamos referencia ó que pasou hai dous meses, agora xa estamos preparando as vindeiras. E unha pregunta, aquí na provincia de Pontevedra, fondos europeos tamén son os que distribúe a Xunta de Galicia en fondos de cooperación coas entidades locais, en obradoiros de emprego, eses tamén son fondos de cooperación, son fondos europeos que lle traslada o Estado á Xunta para a súa xestión, e todos, estou convencido que todos cunha mínima porcentaxe presentan os seus proxectos de forma perfecta, e sen embargo eses proxectos son outorgados en función da cor política, hai algún alcalde e alcaldesa, alcaldesa non, alcalde, de aquí, da nosa comarca, que foron, os tiveron en conta para obradoiros de emprego e non tiveron a outras cidades, curiosamente todos gobernados polo Partido Popular. Entón, non é tan lineal Sr. Presidente de que son fondos europeos, veñen e tal, e o Goberno de España afortunadamente fixo unha boa xestión e está facendo unha boa xestión desta crisis, porque senón estaríamos ó mellor como Irlanda que é o seu modelo, Irlanda é o modelo neoliberal por excelencia, e mire, está intervida, están en crack, ou Portugal. Por iso se fixo unha boa xestión e hai unha magnífica protección para homes e mulleres deste país, como nunca houbo, senón onde estaríamos. Polo tanto, eu creo que, nisto eu vou a rematar como empecei, felicito ós equipos que presentaron uns magníficos proxectos e ademais co aval de habelos realizado ben, e o Goberno do Estado, a Unidade do Fondo Social Europeo os evaluou, a UAFSE, e os tivo en consideración, polo traballo técnico e non pola cor política que tiña esta Deputación. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. A verdade é que a memoria non é algo que recuperou vostede hoxe, pero se falamos de obradoiros, escolas taller que se repartían aquí na Subdelegación ou no que daquela era o Goberno Civil, estando gobernando o Partido Socialista, porque parece que nos olvidamos, o Partido Socialista gobernou en España máis de 20 anos, non, e a última etapa, é para olvidar, pero creo que nos vamos a recordar moito dela nos próximos anos. Pero tamén teño que dicirlle que para que estes fondos veñan e para que dalgunha maneira estes proxectos se leven a cabo, a Deputación ten que estar con posibilidades de poder executalos, e a Deputación aporta o 30% de todos estes fondos, porque houbo entidades e institucións que tiveron que renunciar a estes proxectos porque non tiñan liquidez para poder afrontar o seu financiamento, a súa parte de cofinanciamento do proxecto. Polo tanto, a Deputación está en disposición de poder levalos a cabo para converter neste caso á provincia de Pontevedra, no que se refire sobre todo ó apartado de novas tecnoloxías, nun referente que tamén, por certo, era necesario, dende as administracións ata os propios cidadáns, empezando polo proxecto Repoblar, que vai a permitir que toda aquela persoa que vive no ámbito rural da nosa provincia poida ter acceso a internet a un prezo moi razoable, iso sería un simple exemplo. Polo tanto, xa digo, creo que a xestión está aí pero para iso ten que haber unha boa xestión política para poder afrontar a parte de cofinanciación necesaria para estes proxectos. Por iso, se lles parece, procedemos entón á aprobación dos puntos números 3, 4, 5, e o 9 tamén, porque tamén é a aprobación do proxecto Aquelando 3. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta da Resolución de 18 de febreiro de 2011 a Secretaría de Estado de Cooperación Territorial pola que se aprobou a convocatoria 2011 para a concesión de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) durante o período de intervención 2007-2013 correspondentes ó eixo 5 ”Desenvolvemento Sostible Local e Urbano” do Marco Estratéxico Nacional de Referencia 2007-2013 (MENR) Resultando que o Pleno aprobou na súa sesión do día 25 de marzo do ano 2011 a solicitude de axuda e o proxecto para presentalos na convocatoria destas axudas e, que unha vez aprobada a axuda pola resolución do 22 de xuño de 2011 da Secretaría de Estado de Cooperación, debe aprobarse o proxecto axustando o seu financiamento por anualidades. Visto o informe-proposta de 29 de Xullo de 2011 da Xefa do Servizo de Cooperación relativo á aprobación da solicitude de axuda dentro da convocatoria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) durante o período de intervención 2007-2013 correspondentes ó eixo 5 ”Desenvolvemento Sostible Local e Urbano” do Marco Estratéxico Nacional de Referencia 2007-2013 (MENR) Visto que o tempo de execución deste proxecto é de 32 meses, período que transcorrerá aproximadamente entre maio de 2011 e decembro de 2013. Visto que os cofinanciamentos correspondentes ó dito proxecto son os seguintes: ENTIDADE TOTAL GASTO FONDO EUROPEO DESENVOLVEMENTO REXIONAL FEDER (70%) FONDOS PROPIOS DEPUTACIÓN (30%) Deputación de Pontevedra 11.341.372,21 7.938.960,55 3.402.411,66 Visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, así como o informe económico do Servizo de Intervención, o Pleno acorda por unanimidade: • Aprobar o proxecto “DepoTIC: a tecnoloxía nas túas mans”, que foi presentado á convocatoria de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). • Aprobar de forma taxativa a distribución do gasto que se plantexa no cadro económico financeiro adxunto para cada unha das anualidades: ANO 2011 2012 2013 Total Orzamento Total 1.587.792,21 7.459.220,00 2.294.360,00 11.341.372,21 Subvención Feder (70%) 1.111.454.55 5.221.454,00 1.606.052,00 7.938.960,55 Achega Propia Deputación de Pontevedra (30%) 476.337,66 2.237.766,00 688.308,00 3.402.411,66 • Aprobar o proxecto como “proxecto de gastos” tal e como establece a Base 27ª da execución do orzamento provincial para o exercicio 2011. • Aprobar a xeración de crédito polos importes da subvención concedida e as achegas propias da Deputación de Pontevedra abrindo as aplicacións orzamentarias e conceptos que sexan necesarios para a súa xestión dentro do módulo “proxecto de gastos”. 4.6096.- APROBACIÓN DO PROXECTO AXUSTADO: DEPOGAP Dada conta da Resolución de 18 de febreiro de 2011 a Secretaría de Estado de Cooperación Territorial pola que se aprobou a convocatoria 2011 para a concesión de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) durante o período de intervención 2007-2013 correspondentes ó eixo 5 ”Desenvolvemento Sostible Local e Urbano” do Marco Estratéxico Nacional de Referencia 2007-2013 (MENR) Resultando que o Pleno aprobou na súa sesión do día 25 de marzo do ano 2011 a solicitude de axuda e o proxecto para presentalos na convocatoria destas axudas e, que unha vez aprobada a axuda pola resolución do 22 de xuño de 2011 da Secretaría de Estado de Cooperación, debe aprobarse o proxecto axustando o seu financiamento por anualidades. Visto o informe-proposta de 29 de Xullo de 2011 da Xefa do Servizo de Cooperación relativo á aprobación da solicitude de axuda dentro da convocatoria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) durante o período de intervención 2007-2013 correspondentes ó eixo 5 ”Desenvolvemento Sostible Local e Urbano” do Marco Estratéxico Nacional de Referencia 2007-2013 (MENR). Visto que o tempo de execución deste proxecto é de 32 meses, período que transcorrerá aproximadamente entre maio de 2011 e decembro de 2013. Visto que os cofinanciamentos correspondentes ó dito proxecto son os seguintes: ENTIDADE TOTAL GASTO FONDO EUROPEO DESENVOLVEMENTO REXIONAL FEDER (70%) FONDOS PROPIOS DEPUTACIÓN (30%) Deputación de Pontevedra 8.794.257.70 6.155.980,39 2.638.277,31 Visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, así como o informe económico do Servizo de Intervención, o Pleno acorda por unanimidade: • Aprobar o proxecto “DepoGAP”, que foi presentado á convocatoria de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). • Aprobar de forma taxativa a distribución do gasto que se plantexa no cadro económico financeiro adxunto para cada unha das anualidades: ANO 2011 2012 2013 Total Orzamento Total 237.444,70 6.971.208,00 1.585.605,00 8.794.257,70 Subvención Feder (70%) 166.211,29 4.879.845,60 1.109.923,50 6.155.980,39 Achega Propia Deputación De Pontevedra (30%) 71.233,41 2.091.362,40 475.681,50 2.638.277,31 • Aprobar o proxecto como “proxecto de gastos” tal e como establece a Base 27ª da execución do orzamento provincial para o exercicio 2011. • Aprobar a xeración de crédito polos importes da subvención concedida e as achegas propias da Deputación de Pontevedra abrindo as aplicacións orzamentarias e conceptos que sexan necesarios para a súa xestión dentro do módulo “proxecto de gastos”. 5.6097.- APROBACIÓN DO PROXECTO AXUSTADO: DEPODEZA Dada conta da Resolución de 18 de febreiro de 2011 a Secretaría de Estado de Cooperación Territorial pola que se aprobou a convocatoria 2011 para a concesión de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) durante o período de intervención 2007-2013 correspondentes ó eixo 5 ”Desenvolvemento Sostible Local e Urbano” do Marco Estratéxico Nacional de Referencia 2007-2013 (MENR) Resultando que o Pleno aprobou na súa sesión do día 25 de marzo do ano 2011 a solicitude de axuda e o proxecto para presentalos na convocatoria destas axudas e, que unha vez aprobada a axuda pola resolución do 22 de xuño de 2011 da Secretaría de Estado de Cooperación, debe aprobarse o proxecto axustando o seu financiamento por anualidades. Visto o informe-proposta de 29 de xullo de 2011 da Xefa do Servizo de Cooperación relativo á aprobación da solicitude de axuda dentro da convocatoria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) durante o período de intervención 2007-2013 correspondentes ó eixo 5 ”Desenvolvemento Sostible Local e Urbano” do Marco Estratéxico Nacional de Referencia 2007-2013 (MENR) Visto que o tempo de execución deste proxecto é de 29 meses, período que transcorrerá aproximadamente entre agosto de 2011 e decembro de 2013. Visto que os cofinanciamentos correspondentes ó dito proxecto son os seguintes: ENTIDADE TOTAL GASTO FONDO EUROPEO DESENVOLVEMENTO REXIONAL FEDER (70%) FONDOS PROPIOS DEPUTACIÓN (30%) Deputación de Pontevedra 5.622.475,01 3.935.732,51 1.686.742,50 Visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, así como o informe económico do Servizo de Intervención, o Pleno acorda por unanimidade: • Aprobar o proxecto DepoDeza, que foi presentado á convocatoria de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). • Aprobar de forma taxativa a distribución do gasto que se plantexa no cadro económico financeiro adxunto para cada unha das anualidades: ANO 2011 2012 2013 Total Orzamento Total 2.000.235,00 2.775.890,00 846.350,01 5.622.475,01 Subvención Feder (70%) 1. 400.164,50 1.943.123,00 592.445,01 3.935.732,51 Achega Propia Deputación De Pontevedra (30%) 600.070,50 832.767,00 253.905,00 1.686.742,50 • Aprobar o proxecto como “proxecto de gastos” tal e como establece a Base 27ª da execución do orzamento provincial para o exercicio 2011. • Aprobar a xeración de crédito polos importes da subvención concedida e as achegas propias da Deputación de Pontevedra abrindo as aplicacións orzamentarias e conceptos que sexan necesarios para a súa xestión dentro do módulo “proxecto de gastos”. 6.6098.- INFORME SOBRE CUMPRIMENTO DE PRAZOS EN RELACIÓN Ó DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sr. Presidente.- O punto número 6 é, Informe sobre o cumprimento de prazos en relación ó disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Ten a palabra o Portavoz e responsable económico desta Institución, Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, eu creo que nestes datos que figuran hoxe neste expediente é realmente onde se mira a eficacia, a eficiencia, a xestión, a solvencia, eu diría, que o compromiso que se ten dende a Deputación de Pontevedra, pois, cos sectores, dunha maneira especial cos provedores e coas persoas que traballan con esta casa. Aquí hai datos que realmente son moi positivos, pero que moi positivos, a media de facturación de entrada no Rexistro ata a factura recoñecida, temos unha media de 12 días, e do pago desa factura de 21 días. Nos parece que estes son datos realmente inmellorables, é dicir, que creo que xa que vamos de felicitacións hai que felicitar tamén ó departamento económico, encabezado polo seu Interventor, porque isto non é doado, non, seguramente que non sucede en moitas outras administracións, e bueno, pois isto é o que se está a facer aquí nesta casa. Polo tanto, a nosa felicitación dende o equipo de goberno, hai que seguir incluso mellorando todas estas medias, se se pode, que creo que é moi difícil, pero en calquera caso ter unha media de 12 días dende a entrada no Rexistro ata a factura recoñecida, e de 21 días dende a entrada de Rexistro ata o pago da factura, dende logo, eu creo que vai ser complicado melloralo, pero bueno, pero dende logo vamos a seguir traballando para intentalo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Fai falta traer maceiros e a banda de música e todo isto, bueno, isto todo é perfecto, eu creo que é o, vamos, nestes días, senón fora porque tardou tanto en constituírse a Corporación, pois debíamos estar de vacacións, debe ser por iso. A ver, os datos son, como todos, son media verdade e media mentira ou como se queira. Antes dixo o Sr. Figueroa, sen vir a conto, sen vir a conto do debate de aquí, o das facturas no caixón. Bueno, esta casa, esta casa ten por un período de tempo pois normalmente de media, de media, 55 días as facturas nos caixóns, si, ten as facturas nos caixóns, de media, e agora, noutras épocas tívoas meses e anos e pode ser que volva a suceder iso. Consta no informe, a ver, a técnica que se usa aquí é que as facturas entréganse sen Rexistro, sen constancia, nos servizos, e de media 55 días despois pasan ó Rexistro, e é despois cando hai que sumarlles eses 21 días ata que se pagan. Ben, ¿que quero dicir con isto?, é dicir, vostede imaxínese que agora hai un cambio de goberno, que non foron vostedes mesmos, dá igual de que forza política fora, pero bueno, e chegue e di, é que nos caixóns topei, aquí hai, e o real, o real é que o tempo dende que emite a factura ata que a cobra está en dous meses e medio, está en 76 días, 75, dous meses e medio, iso é o real, que non é ningún prazo disparatado, que conste. Entón, non nos jadeemos do que non é real, do que non é real. E, esa técnica, esa técnica, xa o advertiu o Interventor no pasado informe, esa técnica de que as facturas estean nos servizos e non pasen por Rexistro, que é por onde teñen que estar, para que haxa constancia, pois francamente case, case, vostedes que critican tanto, debían pensar en ir erradicándoa, entón teriamos unhas cifras máis reais, estase pagando pois da orde de 50, 60, 70 días, tres meses ás veces, e dá unha media de 75 días. Que repito que cos tempos que corren non é, e cos trámites que leva todo isto na administración, porque claro, por un lado di que hai que pagar rápido pero por outro lado non di, elimíneme trámites, ten que ir, convalidar, bueno, ás veces pasa por seis departamentos e ás veces é moi difícil. Entón esa é a situación real, repito, que esta casa está pagando, está pagando ben, pero non é que estea pagando a vinte días nin a dezaseis, nin nada diso, se está pagando a dous meses e medio de media, e cun período medio, xa digo, dese tempo que están as facturas nos servizos sen ningunha constancia oficial de que entraron por Rexistro, o que vostedes chaman as facturas no caixón, vostedes lle chaman as facturas no caixón, claro, porque se está, se consta no Rexistro, xa está, aflorou, non hai ningunha dúbida, non hai ningún caixón, consta o que hai e demais, se as teñen nos servizos sen constar en ningún lado, sen constar en ningún lado, non entraron por Rexistro, obviamente, obviamente é o que vostedes chaman as facturas, as facturas no caixón. Mira, que é tan fácil dicirlle ó servizo, oe, non ma pases que non hai cartos, espera aí, déixaa estar aí un mes máis ou dous máis, mire, é así de fácil, é así de fácil, e obviamente nestes momentos non o estarán facendo porque hai liquidez, pero pódeno facer noutro momento, esa é a técnica, que vostedes tanto alboroto están montando, e entón non se pode cuspir ó aire, non se pode estar meténdoos en todos os lados e sacar despois aquí no Pleno, que o sacou aquí o Sr. Figueroa con iso das facturas nos caixóns, cando nesta casa hai, durante unha media de 55 días as facturas están nos caixóns, e despois afloran, despois pasan ó Rexistro, ou sexa, non tal, non cuspir ó aire porque xa sabemos o que pode suceder de volta, e máximo agora que veñen a dicir que pagan as facturas en 16 días, cousa que é falsa, é falsa, dende que entran nesta casa sen constancia oficial, porque non entran por Rexistro, pois pasa unha media de dous meses e medio e é falsa, paréceme imposible, todos os trámites que esixe a lei a unha serie de facturas, é imposible facelo en 15 días, nin 17, nin 20, imposible, radicalmente imposible. Entón, non presumir do que non é nin andar acusando o que non é. Dito todo isto, repito, esta casa está pagando bastante ben, está pagando nuns prazos razoables para os trámites que supón, con ese defecto pero non nese tempo que vostedes din nin nada diso. Ou sexa, entón non presuman do que non hai e dean as cifras reais, bueno, se está pagando a dous meses e medio, que é un, para a administración é bastante realista, non cumpre o obxectivo que fixa a lei, pero bueno, no papel aguanta todo, pódense fixar os obxectivos que se queiran, que despois a crúa realidade é a que é, e a desta casa pois é a que estamos describindo, e que aparece moi claro no informe que, vamos, que está no expediente. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que para dicir iso, que a Deputación está pagando bastante ben non facía falta tanto tempo, era así de base, seica alí non pode presumir moito diso, na casa do lado, pero bueno, a Deputación está pagando bastante ben, non entramos en máis datos, senón vostede fala de 76, eu falo de 21, está claro, está pagando bastante ben, vostede o dixo, e iso é importante, que a xente sepa que a Deputación está pagando bastante ben, dito polo Portavoz do Bloque Nacionalista Galego. Polo tanto, felicidades Interventor e equipo, sigamos nesa liña, melloremos aínda, non sei se se pode ou non, pero eu creo que vamos polo bo camiño, e o Sr. Mosquera encantado e nós tamén, e ós cidadáns pois se lle damos un mellor servizo pois mellor que mellor. É que antes xa falou. ¿Quere seguir falando?, ¿Vai dicir agora que é moito mellor do que era?. A ver, vamos a ver. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, se quere facer referencias, primeiro, dicir algo que non é certo; e segundo, pódolle dicir que nesa casa do lado todas as facturas entran por Rexistro, todas, e dende que entran por Rexistro, dende que entran, a media de pago está creo que en 56 días, ou sexa, está como 20 días menos que nesta casa. Dígoo porque fai a referencia, evidentemente non vou facer referencia a iso, non pasa nada, ou sexa, que está como 20 días máis, e entran todas por Rexistro, non hai esas facturas, que vostedes acusan sempre, non hai, non existen, non pasan as facturas polos servizos, non, todas por Rexistro antes de nada. Cando a presentan, expide, expide cando queira, pero aquí entra por Rexistro todo, dígollo porque seguramente fora unha técnica moi saúdable tamén nesta casa, e así non tiñamos que falar de facturas no caixón, que é un asunto que sacaron vostedes aí cunha campaña estatal, en todos os lados, e que aquí vostedes están facendo, entón, hai que predicar co exemplo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Seica lle costa recoñecelo, pero bueno, ó final entrou polo aro, como din aquí no país. Procedemos. Non hai que votar nada. Polo tanto, non procedemos a votar. É para informar e se segue informando do que esta casa está poñendo en marcha que é unha liña de pagos en tempo real, importante. O Xefe do Servizo de Contabilidade elaborou con data 14 de xullo de 2011 un informe no que figura o conforme do Sr. Interventor e do Sr. Tesoureiro, aportando datos e porcentaxes sobre o cumprimento, durante o primeiro trimestre do ano 2011, dos prazos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para o recoñecemento e pago das obrigas da Deputación. A Comisión de Economía, Facenda e Turismo na reunión extraordinaria que tivo lugar o día 2 de agosto de 2011 quedou enterada do contido deste informe que presenta como detalles máis relevantes os seguintes: Dos gastos realizados no primeiro trimestre de 2011 (01/01/2011 a 31/03/2011), recoñecéronse as obrigas seguintes: Con referencia á data de emisión da factura a media establécese en 67 días de acordo cos seguintes datos: DÍAS FACTURAS % IMPORTE % 30 960 40,42% 1.323.570,13 18,75 % 60 772 32,51% 3.648.334,31 51,68 % 90 273 11,49% 967.063,69 13,70 % +90 370 15,58% 1.119.918,12 15,87 % 2.375 7.058.886,25 Con referencia á data de rexistro da factura a media establécese en 12 días de acordo cos seguintes datos: DÍAS FACTURAS % IMPORTE % 30 2.069 87,12% 3.846.311,70 54,49 % 60 288 12,13% 3.068.195,61 43,47 % 90 5 0,21% 50.866,53 0,72 % +90 13 0,55% 93.512,41 1,32 % 2.375 7.058.886,25 Dos gastos realizados no primeiro trimestre de 2011 (01/01/2011 a 31/03/2011), pagáronse as seguintes facturas: Con referencia á data de emisión da factura a media establécese en 76 días de acordo cos seguintes datos: DÍAS FACTURAS % IMPORTE % 30 601 25,33% 958.614,91 13,72% 50 704 29,67% 1.062.522,38 15,20% +50 1.068 45,01% 4.967.742,32 71,08% 2.373 6.988.879,61 Con referencia á data de rexistro da factura a media establécese en 21 días de acordo cos seguintes datos: DÍAS FACTURAS % IMPORTE % 30 1.968 82,93% 3.185.356,87 45,58% 50 336 14,16 % 3.562.756,35 50,98% +50 69 2,91% 240.766,39 3,44% 2.373 6.988.879,61 O Pleno queda enterado do informe de Tesourería e Intervención en relación co cumprimento, durante o primeiro trimestre de 2011, dos prazos previstos na Lei 3/2004, para o recoñecemento e pago das obrigas da Deputación Provincial de Pontevedra. 7.6099.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE AGOLADA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO Sr. Presidente.- O punto número 7. Adhesión do concello de Agolada ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral entre a Deputación de Pontevedra e a Dirección Xeral do Catastro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Agolada na sesión que tivo lugar o día 1 de abril de 2011, acordou solicitar a adhesión do concello de Agolada ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. Resultando que o concello de Agolada delegou na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión do Imposto sobre Bens Inmobles, delegación aceptada polo Pleno desta Corporación Provincial e efectuada polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Considerando que a cláusula décimo quinta do mencionado convenio de colaboración en materia de xestión catastral determina que, unha vez levada a cabo a delegación da xestión do Imposto sobre Bens Inmobles na Deputación Provincial de Pontevedra, entenderase que o concello delegante atópase dentro do ámbito de aplicación do convenio. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 24 de maio de 2011, polo que se acepta a petición do concello de Agolada, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do concello de Agolada ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. 8.6100.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 2/2011 Sr. Presidente.- O punto número 8. Expediente de modificación de créditos nº 272011. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, traemos hoxe á aprobación neste Pleno, unha modificación de crédito de 9.630.000 euros, que está dividida en dous apartados, os créditos extraordinarios 1.440.000 euros, e un remanente de créditos, non, e un suplemento de crédito de 8.181.000 euros, dunha maneira especial, e para todos os proxectos europeos que acabamos de falar, e tamén para unha serie de necesidades que se plantexaron ó longo destes últimos meses, para cubrir a demanda de solicitudes de traballos, que hai que seguir rematando, proxectos que hai que seguir levando adiante, e polo tanto, eu creo que é unha modificación de créditos razoable, que está perfectamente xustificada e que dende logo é necesario para que esta casa poida seguir desempeñando coa máxima eficacia a súa xestión. Polo tanto, pedimos a aprobación desta corporación, deste Pleno, por este importe de 9.630.000 euros. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, grazas Sr. Presidente. Bueno, as liñas básicas da modificación explicounas o Portavoz do Partido Popular, obviamente, pois evitou, eludiu falar das partidas que non lle conviña, claro, e vamos polo que acabamos de votar a favor, o financiamento dos proxectos europeos, loxicamente apoiámola se votamos a favor deles, pero despois temos xa as partidas de sempre, que van todas a modificación, as famosas partidas do chapapote, 2.700.000, ou sexa, que se leva un moi bo pico da modificación, como a terceira parte; e globalmente pois estamos agotando remanentes e seguimos nunha situación que, cando foi o debate dos orzamentos díxose que se ía corrixir, pero que na práctica non se corrixe, que nos orzamentos que houbo, vamos nos orzamentos que están en vigor, exactamente as transferencias, de tanto o capítulo 4 como do 7, ós concellos e os cartos que manda esta Deputación ós concellos para diversas actuacións, quitando o PPC, pois debe rondar os 3 millóns de euros, e 140, unha auténtica ridiculez, e non se corrixe, segue sen mandar nada, segue sen haber partidas de transferencia ós concellos para que poidan desenvolver as súas funcións, na situación na que están, na situación que están os concellos, que é francamente mala e con, como é isto da débeda, non, clasificación, é BBD, tendencia negativa, neste caso é tendencia moi negativa, ou sexa, os concellos están nunha situación mala e cunha tendencia, cunha perspectiva moi negativa, e esta casa que se enche a boca, o grupo de goberno, de dicir que é un concello de concellos, que está para axudar ós concellos, pois cando vén, aquilo de, “obras son amores e non boas razóns”, cando veñen os diñeiriños aquí non hai nada, non hai nada para os concellos. Polo tanto, como basicamente por esta razón de que seguimos estrangulando as transferencias ós concellos, reducíndoas a nada, e nesta modificación non se lle suma ningunha cantidade significativa. Aquí houbo anos que ó concello se lle transferiron 60 millóns de euros, este ano 3, pois por esa razón, e esta modificación non corrixe nada e vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Héctor Santos. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Eu creo que é unha forma de facer, esta modificación de crédito, de facer os presupostos a posteriori, porque aquí vemos que tras un discurso de austeridade, vostedes colocan partidas nos presupostos para vendelas, e a continuación non as executan, como xa fixemos referencia anteriormente, e agora nos traen unha modificación para gastar onde e como vostedes queiran, porque, dando por bo de que non houberan consignado para os proxectos, o cal é raro, isto significa só, os proxectos que falabamos antes europeos, significan só 1,5 millóns de euros, dos 9,6 que vostedes nos traen hoxe á modificación, pero claro, hai algunhas partidas, como tres para o Casino Mercantil Industrial, pois, que non sabemos porque ten que ser esta modificación de crédito, ¿por que non se preveu xa nos presupostos?, ou algunhas como a reparación e mantemento de infraestruturas e bens naturais a Rede Provincial 2.679.000 €, ¿por que isto non se preveu nos presupostos?, o investimento dos campos de fútbol de herba sintética, ¿que non estaba previsto facelo?, ademais, temos edificios, construcións e tamén transferencias a concellos, e lle é grave porque ademais da falta de previsión, porque tamén temos unha de pagos á FEGAM e á FEM, ou non se contemplou iso ou é que se gastou desa partida, e agora hai que dotalo e dende logo o que vemos é que non hai unha boa xestión do presuposto e despois nos leva a estas modificacións para atender compromisos. E para rematar, o máis grave é que de todos os remanentes, aquí se gastan 9,6 millóns de euros, e van a quedar escasamente 2 millóns de euros deses remanentes, para xestión. Nós, votar, vamos a votar en contra desta modificación porque non é unha modificación que invista, non é unha modificación para a economía e emprego, é unha modificación soamente para gastos correntes, gastos que tiñan que estar previstos no seu, no presuposto de 2010. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, é sorprendente que alguén poida dicir que está de acordo ou non, vale, pero que diga que isto é para gastos correntes, é que non se leu a modificación, é dicir, aquí hai unha serie de proxectos europeos, hai financiamento doutros proxectos, hai inversións, hai construcións, é dicir, eu creo que o que hai, case dunha maneira simbólica, gastos correntes. Polo tanto, eu creo que dende logo merece pois un cualificativo de pouco respecto ó que aquí se trae, porque facer esa información ou é querer manipular ou confundir á opinión pública, ou dende logo, é non saber a que están destinadas estas partidas. Mire, Sr. Mosquera, nós entendemos que todos estes proxectos van destinados ós concellos dunha maneira ou doutra directa ou indirectamente, ¿vostede que entende, polo que vai destinado ós concellos, que só teña unha partida e que destinado a concello de non sei que …?, non, hai proxectos aquí que son importantes para todos os concellos, ou, os proxectos que acabamos de aprobar europeos ¿a quen van dirixidos?. Dunha maneira especial pois ós concellos, a mellorar os seus servizos, a mellorar a comunicación, a mellorar as novas tecnoloxías, a mellorar pois a información, internet, etc., etc., eu creo que é un discurso, diría que, cualificándoo dunha maneira cariñosa, diría simple, é dicir, a nós nos parece que todo o que aquí está contemplado, nesta modificación de crédito, vai destinado directa ou indirectamente ós concellos dunha maneira ou outra. Pois, polo tanto, me gustaría que rectificase ese discurso porque non é certo, en calquera caso eu creo que é necesario todo o que aquí se plantexa, son demandas que están perfectamente xustificadas todas elas e polo tanto imos a votar a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D.Cesáreo Mosquera de novo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, haber Sr. Figueroa, mire, todo o gasto que fai o Estado, todo o gasto que fai a comunidade autónoma, e todo gasto que fai a Deputación sempre é nalgún concello, sempre, entón se resulta que a Deputación que ten como misión fundamental á axuda ós concellos, fai cousas na provincia pero non lle transfire nada ós concellos, bueno, eu creo que por esta lóxica, levada ó estremo, eu creo que o que vostedes están propoñendo non é que os concellos funcionen e desapareza a Deputación, non, non, están propoñendo que a Deputación se amplíe e desaparezan os concellos, claro, porque cada obra que se fai nun concello, da Deputación, faina a Deputación, cada actuación, incluso as subvencións a festas varias, que tal, fainas a Deputación, o outro etc., etc. Ben, a situación económica que teñen os concellos é a que é, as necesidades que teñen son as que son e resulta que vostedes de pasar, repito, houbo anos de ata 60 millóns de euros de transferencias desta casa a concellos, este ano, se contamos o PPC e demais, pode andar nos catro como moito, non chega a catro, non chega a catro, entre, contando capítulo catro e sete, bueno, se iso é axudar ós concellos, colaborar en que desenvolvan as súas funcións, pois tal, agora claro, se agora me di, é igual que se o Estado fai aquí nesta provincia pois o AVE, e non lle manda un duro á Deputación, ¡ah, non, é que xa o gastamos, iso é para os cidadáns de Pontevedra!, por favor, sexamos un pouquiño rigorosos, sexamos un pouquiño rigorosos, entón iso é o que está a suceder coa Deputación, levan unha carreira absolutamente tola de recortarlle as transferencias ós concellos, e aumentar o gasto desta casa, aumentalo de maneira exponencial, agora van a ter que recortar, que remedio, e iso é unha situación real. No debate dos orzamentos saíu isto, e vostede mesmo, Sr. Figueroa, dixo que, bueno, nas modificacións, e logo xa veremos que si ía haber, e chega a modificación máis gorda que pode haber este ano, e non hai nada, bueno, hai 90.000 € para un, creo que hai 90.000 euros exactamente para unha obra en Sanxenxo, pois a situación é a que é e non se pode ocultar. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Procedemos polo tanto á votación do expediente de modificación de créditos número 2/2011. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións? e ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 1 de agosto de 2011, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/2011, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe global de 9.630.172,43 euros, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que este expediente de modificación de créditos número 2/2011 finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais). Resultando que no informe de Intervención de data 1 de agosto de 2011, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/2011, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1. Aprobar o expediente de modificación de créditos número 2/2011, por un importe global de 9.630.172,43 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 1º Gastos de persoal 188.008,00 euros Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 3.461.936,36 euros Capítulo 4º Transferencias correntes 39.774,41 euros Capítulo 6º Investimentos reais 5.826.144,66 euros Capítulo 7º Transferencias de capital 114.309,00 euros Total variacións por capítulos 9.630.172,43 euros O detalle do expediente é o seguinte: a) Créditos extraordinarios: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE PROXECTO AQUELANDO 3 (Financiamento Deputación 2011: 255.774,41€) 241-242-131,01 PERSOAL LABORAL TEMPORAL, (PROXECTO AQUELANDO 3) 80.000,00 € 241-242-160,01 S.SOCIAL P. LABORAL (PROXECTO AQUELANDO 3) 35.000,00 € 241-242-220,00 MATERIAL DE OFICINA (PROXECTO AQUELANDO 3) 2.000,00 € 241-242-224,03 OUTROS SEGUROS (PROXECTO AQUELANDO 3) 3.000,00 € 241-242-226,02 PUBLICIDADE E PROPAGANDA (PROXECTO AQUELANDO 3) 10.000,00 € 241-242-226,99 O. GASTOS DIVERSOS (PROXECTO AQUELANDO 3) 2.000,00 € 241-242-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (PROXECTO AQUELANDO 3) 80.000,00 € 241-242-230,20 AXUDAS DE CUSTO (AQUELANDO 3) 2.000,00 € 241-242-231,20 LOCOMOCIÓN (AQUELANDO 3) 2.000,00 € 241-242-481,01 PREMIOS BOLSAS PENSIÓNS DE ESTUDO E INVESTIGACIÓN (AQUELANDO 3) 39.774,41 € PROXECTO depoDEZA (Financiamento Deputación 2011: 600.070,50€) 241-439-131,00 PERSOAL LABORAL TEMPORAL, (PROXECTO depoDEZA) 50.070,50 € 241-439-160,01 S. SOCIAL PERSOAL LABORAL, (PROXECTO depoDEZA) 15.000,00 € 241-439-230,20 AXUDAS DE CUSTO, (PROXECTO depoDEZA) 5.000,00 € 241-439-231,20 LOCOMOCIÓN, (PROXECTO depoDEZA) 5.000,00 € 241-439-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS, (PROXECTO depoDEZA) 300.000,00 € 241-439-652,02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS, (PROXECTO depoDEZA) 225.000,00 € 241-431-789,00 TRANSF. A FAMILIAS E INST. SEN FINS DE LUCRO (Subv. A. COMERCIANTES AUTÓNOMOS GALERÍAS OLIVA -PONTEVEDRA para "Directorio comercial") 3.339,00 € 330-337-652,00 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA CONCELLOS, INSTALACIÓNS (Instalación parque infantil en A Lama) 20.000,00 € 922-323-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (Redacción proxecto UNED) 22.000,00 € 926-492-627,01 PROXECTOS COMPLEXOS EN TELECOMUNICACIÓNS (PROXECTO DepoTIC, Financiamento Deputación 2011) 476.337,66 € PROXECTO depoGAP (Financiamento Deputación 2011: 71.233,41€) 926-462-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (PROXECTO depoGAP) 41.233,41 € 926-462-652,02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA CONCELLOS (PROXECTO depoGAP) 30.000,00 € Total Créditos Extraordinarios... 1.448.754,98 € b) Suplementos de crédito: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 232-232-623,01 MAQUINARIA "C.P.FELIPE" (Instalación caldeira de biomasa de 116KW) 38.700,00 € PROXECTO RETALER II (Financiamento Deputación 2011: 36.170,35€) 241-425-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (PROX. RETALER II) 4.420,35 € 241-425-652,02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS, "PROXECTO RETALER II" 31.750,00 € PROXECTO PROAMARE (Financiamento Deputación 2011: 60.987,50€) 241-336-131,00 PERSOAL LABORAL TEMPORAL, (PROXECTO PROAMARE) 6.000,00 € 241-336-160,01 COTAS SOCIAIS, PERSOAL LABORAL (PROXECTO PROAMARE) 1.937,50 € 241-336-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (PROX. PROAMARE) 13.050,00 € 241-336-652,02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS, "PROXECTO PROAMARE" 40.000,00 € 330-334-789,00 TRANSF. A FAMILIAS E INST. SEN FINS DE LUCRO (Subv. CASINO MERCANTIL INDUSTRIAL-PONTEVEDRA para "Adquisición audiovisual para Curros Enríquez") 2.970,00 € 330-334-789,02 TRANSF. A FAMILIAS E INST. SEN FINS DE LUCRO, M. INSTALACIÓNS (Subv. A. CULTURAL O CASTRO -Vilanova de Arousa, Acond. Escola unitaria de Baión para Centro Social") 6.000,00 € 340-342-652,02 INVESTIMENTOS DE PROXECTOS XESTIONADOS (Novo PASARÓN) 72.000,00 € 340-342-658,02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA FAMILIAS E INST. SEN FINS DE LUCRO (CASINO MERCANTIL INDUSTRIAL -PONTEVEDRA para "Mellora de pistas de tenis-Mourente") 70.000,00 € 340-342-789,02 TRANSF. A FAMILIAS E INST. SEN FINS DE LUCRO (Subv. CASINO MERCANTIL INDUSTRIAL -PONTEVEDRA para "Acondicionamento casa campamentos Mourente") 12.000,00 € 411-412-622,03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (Conv. Consellería de Medio Ambiente para construción dun laboratorio na Finca Mouriscade) 150.000,00 € 456-453-210,00 REPARACIÓNS E MANTEMENTO DE INFRAESTRUTURAS E BENS NATURAIS (Rede PROVINCIAL) 2.679.500,00 € 456-453-612,02 ESTRADAS, EXPROPIACIÓNS, PROXECTOS E OUTRAS OBRAS – MELLORAS 2.090.000,00 € 457-333-622,01 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (Remate obra MUSEO) 250.000,00 € 457-450-622,03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (Melloras Pazo Provincial e Segundo edificio administrativo ) 250.000,00 € 922-342-652,09 INVESTIMENTOS EN CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA 749.357,00 € 922-920-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS 100.000,00 € 931-922-209,00 CANONS (COTAS FEMP E FEGAMP) 172.732,60 € 926-926-623,02 INSTALACIÓNS TÉCNICAS (Centro Proceso de Datos) 85.000,00 € 942-430-622,01 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (Proxecto POUSADAS) 1.248.000,00 € 942-942-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (Plan Director de Sabucedo- A Estrada) 18.000,00 € 942-942-762,14 TRANSFERENCIAS A CONCELLOS (Rehabilitación Casa D. Fernando -Sanxenxo) 90.000,00 € Total Suplementos de Créditos... 8.181.417,45 € Este expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose as seguintes operacións: • Remanentes líquidos de tesourería para gastos xerais: Conceptos de Ingreso Denominación Importe 931-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios 1.448.754,98 € 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito 8.181.417,45 € TOTAL... 9.630.172,43 € 2. O expediente de modificación de créditos número 2/2011 será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 9.6101.- APROBACIÓN DO PROXECTO AQUELANDO 3 DENTRO DO FONDO SOCIAL EUROPEO 2011 DO PROGRAMA PLURIRREXIONAL “ADAPTABILIDADE E EMPREGO” Dada conta da Resolución de 18 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral de Estado de Cooperación territorial pola que se aproban as bases reguladoras da convocatoria 2011 para a concesión das axudas do Fondo Social Europeo durante o período de intervención 2007-2013. Visto o informe-proposta de 17 de marzo de 2011 do xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios relativo á aprobación da solicitude de axuda dentro da convocatoria de propostas do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” para o período 2007-2013, a través do Ministerio de Política Territorial e Administracións Públicas. Visto o acordo nº 11.6061 do Pleno da Corporación Provincial celebrado con data 25 de marzo de 2011 adoptado fóra da orde do día que aproba o proxecto Aquelando 3 e a solicitude de subvención a presentar na convocatoria do FSE 2011 do programa plurirrexional “Adaptabilidade e emprego”. Visto o informe-proposta de 29 de xullo de 2011 do xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios relativo á aprobación do proxecto Aquelando 3 a través de acordo plenario da Deputación provincial de Pontevedra. Visto que o tempo de execución deste proxecto é de 36 meses, período que transcorrerá aproximadamente entre agosto de 2011 e xullo de 2014. Visto que os cofinanciamentos correspondentes a dito proxecto son os seguintes: Entidade Total gasto Fondo Social Europeo (80%) Fondos Propios Deputación (20%) Deputación de Pontevedra 3.473.232,33 € 2.778.585,86 € 694.646,67 € Visto o informe xurídico da Secretaría Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra así como o informe económico do Servizo de Intervención, o Pleno acorda por unanimidade: • Aprobar o proxecto AQUELANDO 3, que foi presentado á convocatoria de axudas do Fondo Social Europeo (FSE) do programa plurirrexional “Adaptabilidade e emprego”, e iniciar as súas actividades. • Aprobar de forma taxativa a distribución do gasto que se plantexa no cadro económico financeiro adxunto para cada unha das anualidades: ANO 2011 2012 2013 2014 TOTAL ORZAMENTO TOTAL 1.278.872,06 € 807.744,11 € 807.744,11 € 578.872,05 € 3.473.232,33 € SUBVENCIÓN FSE (80%) 1.023.097,64 € 646.195,29 € 646.195,29 € 463.097,64 € 2.778.585,86 € ACHEGA PROPIA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 255.774,41 € 161.548,82 € 161.548,82 € 115.774,41 € 694.646,47 € • Aprobar o proxecto como “proxecto de gastos” tal e como establece a Base 27ª da execución do orzamento provincial para o exercicio 2011. • Aprobar a xeración de crédito polos importes da subvención concedida e as achegas propias da Deputación de Pontevedra abrindo as aplicacións orzamentarias e conceptos que sexan necesarios para a súa xestión dentro do módulo “proxecto de gastos”. 10.6102.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE A CONCESIÓN DA MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA Sr. Presidente.- O punto número 10. Moción da Presidencia sobre a concesión da Medalla de Ouro da Provincia. Ten a palabra a Deputada Ana Isabel Vázquez. Sra. Vázquez Reboredo.- Bos días a todos. Os principais motivos para a concesión da Medalla de Ouro da provincia de Pontevedra á Brigada de Infantería Aerotransportable-Brilat, que participou e participa, desde 1995, en diversas misións e operacións multinacionais. Entre outras, destaca a súa presenza nos conflitos de: Bosnia-Herzegovina, de 1995 a 1999, baixo os mandatos da ONU e da OTAN; en Kosovo e Serbia, nos anos 2000 e 2002, tamén cunha misión da OTAN; en Irak, no ano 2003, como primeira Brigada Española na denominada Brigada Multinacional Plus Ultra; Afganistán, no 2005, dentro da chamada Operación ISAF; Paquistán, entre os anos 2005 e 2006, con motivo do terremoto que asolou este país asiático; Afganistán, nos anos 2006 e 2007, dentro da Operación ASPFOR XV; Líbano, no ano 2007, dentro da Operación Libre Hidalgo III; Afganistán, nos anos 2008, 2009 e 2010, nas misións de paz e de instrución do exército afgán. Ademais dos seus labores de forza disuasoria, dos seus traballos de contribución á paz e á concordia internacional, e das responsabilidades derivadas da súa pertenza ó exército español, a BRILAT vén desenvolvendo unha intensa labor de solidariedade e profunda implicación humana, social e cultural en Galicia e na provincia de Pontevedra. O despregamento das súas patrullas pola metade dos concellos da provincia de Pontevedra, dentro da denominada Operación Centinela, é fundamental para o control preventivo dos incendios forestais en dous dos catro distritos forestais nos que está dividida a provincia, que son o Condado-Paradanta e Baixo Miño. A Brilat mobiliza diariamente 18 unidades de tres militares para defender o patrimonio medioambiental e forestal e a extraordinaria riqueza que supoñen os nosos montes. A colaboración e a solidariedade da BRILAT coa sociedade pontevedresa e galega, en xeral, non remata ademais aí, senón que son coñecidas, entre outras, as súas actuacións na limpeza de praias e costa da contaminación provocada polo afundimento do Prestige; a solidariedade humana mostrada cando as inundacións de Padrón ou as operacións de salvamento que se levaron a cabo cando embarrancaron os barcos Erkowit e Casón; ou as súas reiteradas intervencións con ocasión de desastres naturais e problemas sociais. A BRILAT mantén un profundo vencello e unha forte implicación coa cidade e coa provincia de Pontevedra. Non só é exemplar embaixadora da nosa provincia, e do mellor dos seus valores no mundo, senón que ademais contribúe decisivamente á súa economía. Na base de General Morillo, en Figueirido, viven e traballan 2.500 militares, ademais de persoal civil, que, segundo estudos da Cámara de Comercio de Pontevedra, xeran un volume de gasto de arredor de 50 millóns de euros anuais na cidade en alugamentos, cesta da compra, adquisición de vehículos, roupa, calzado, ocio, entre outros, de tal xeito que a propia Cámara de Comercio non dubida en cualificar a BRILAT como unha das maiores empresas de Pontevedra e a súa comarca, xerando en torno a 2.000 postos de traballo entre directos e indirectos. Esta achega económica da unidade compleméntase con outras diversas accións, nas que sobresaen os constantes e permanentes cursos formativos que a BRILAT realiza en Pontevedra, para especializar profesionalmente ós seus membros de cara á súa inserción e homologación no mundo laboral da sociedade civil. Por todos estes motivos, principais motivos, é polo que lle concedemos a Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra. Sr. Presidente.- Moitas gracias, neste caso a Ana Isabel Vázquez, por esa aportación creo que de datos, pero máis ben de realidades, do que supón evidentemente a Brilat e todo o seu contido humano e social para Pontevedra e a súa área de influencia, por eso propoñemos dende o grupo provincial do Partido Popular que se sumen tamén os outros grupos a esta concesión, para o cal invitamos a falar ó Sr. Don Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. ¡Eh!, miren, o venres pasado tivemos Pleno, antes tivemos unha Xunta de Portavoces e o mércores anterior tamén tivemos unha Xunta de Portavoces, e o martes, ou sexa, foi o venres pasado, este martes tivemos as Comisións, ou sexa, dous días hábiles despois, e apareceron con esta proposta que non coñecíamos, para ditaminar, despois o Presidente quixo facer unha conversación, xa unha vez ditaminado, pero absolutamente fóra de punto e fóra de lugar. Esta é unha práctica que se vén repetindo continuamente, e que francamente lle fan vostedes un feo terrible a quen propoñen desta forma para esta condecoración ou distinción. Pero, á parte disto, que xa foi motivo de protesta durante varios anos e que todos os anos din que para o ano que vén o van a subsanar e non o subsanan, e cada vez o fan peor, cada vez o fan peor, pois mire vostede, a nosa Brilat e as persoas que traballan na Brilat merécenos todo, todo o respecto, pero esta proposta que están facendo é absolutamente contraproducente e absolutamente inviable para que nós lle demos o seu apoio, resulta que o máis importante da Brilat é que está integrada na OTAN, nós estamos en contra da OTAN, como é público e coñecido, que fai misións coa OTAN, o mesmo, que se foi a Irak á guerra ou a Kosovo ou o que sexa, francamente non atopei unha escarapela destas de “Non á Guerra”, porque senón a traería, creo que naquel momento, no 2003, creo que había unha mobilización enorme con “Non á Guerra”, ¿que ó mellor non ten a culpa?, obviamente, obviamente, por iso nos parece bastante desafortunada, nos parece moi desafortunado o propoñela nestas circunstancias. Coñecido é a opinión que hai con estas intervencións dela, e mesmo agora a presenza que pode ter en todas esas guerras que está librando polo mundo adiante, polo mundo adiante, cremos que é profundamente desafortunado, profundamente inoportuna e non creo que lle faga absolutamente ningún favor, eu non sei se o Partido Popular quere agora que, segundo eles, xa van a gañar as eleccións antes de celebralas, quere salvar os problemas que tivo e recuperar a súa ideoloxía militarista, dura e recia, como pasou no 2002-2003 ou 2004, ou lle quere facer un fraco, un fraquisimo favor á Brilat. Obviamente, se tiveran comentado con nós antes lle darían estes argumentos, procuraríamos non ter que pasar por este trago nin facerlle pasar por este trago á Brilat, ó fin e o cabo polo que destaca ultimamente é por estas actuacións, que repito, non ten culpa a Brilat, e o que está a facer, coas cales nós estamos radicalmente en contra, como é ben coñecido, e como creo que nalgúns casos moi concretos, noutros menos, creo que houbo unha resposta e unha opinión pública claramente, claramente contraria a este tipo de intervencións da Brilat. Como a Brilat, supoño, supoñemos, estamos convencidos que non ten culpa desta historia que está montando aquí o Partido Popular e como a monta, pois ímonos a abster, vámonos a abster deixando claro os argumentos, dende logo por tal como se fixo a proposta e a argumentación que está dando aquí, que se leu aquí. Polo tanto, me aforran o traballo de volvela a ler, obviamente, obviamente votaríamos en contra de maneira frontal, de maneira frontal, pero supoñemos que a Brilat como tal, e moito menos as persoas que a compoñen, non teñen culpa. Pois ímonos abster como mal menor. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. Francisco Veiga. Sr. Veiga Soto.- Moitas gracias Sr. Presidente. Este é un deses puntos que seguramente coa intervención da Sra. Deputada tería quedar visto para votación, é un acto importante, un acto no que estamos falando de entidades cunha gran representación a nivel provincial, e que nestes momentos sería bo que todos tivésemos unha opinión xa acordada de antemán, para que evitar calquera tipo de distensións como as que se están provocando neste Pleno, pero realmente, é que estamos repetindo un debate que pensabamos que estaba xa superado. Nos anos anteriores sempre, sempre que chegaba este momento de outorgar o máximo galardón desta Provincia, sempre se lle requiría dende estas bancadas que este premio, que esta medalla, tiña que ser un premio acordado entre todos os grupos desta Deputación, algo que serviría de aval, de apoio, de recoñecemento tamén para unha institución merecedora de tal galardón, de feito o ano pasado acordaron que nesta ocasión así sería, que se realizaría unha reunión de portavoces, unha comisión na que todos os grupos puidesen falar, puidesen aportar, puidesen apoiar para evitar este, precisamente este tipo de debates, pero chegamos o outro día, o martes pasado, ás Comisións, e atopámonos cunha proposta do grupo de goberno, unha proposta do grupo Popular para apoiar un premio da Deputación, unha medalla da Deputación, e uns premios provinciais dos que non tiñamos ningún tipo de coñecemento. É algo que lle reiteramos que debe cambiar, evidentemente con 17 votos poden botar a alfombra e tapar con esa maioría absoluta calquera tipo de palabra, de intervención, pero hai que ser elegantes, hai que ser elegantes sobre todo cando estamos falando de institucións, neste caso estamos falando da Brilat, unha institución importante para a provincia, para o concello de Vilaboa, pero que sobre todo á parte do que é a institución, é importante polas persoas que a forman e que non están de acordo con que se xere este tipo de discusión en torno a esa entidade. Nós imos a apoiar, porque por enriba desa falta de formas, desa falta de elegancia, está esa institución, están as persoas que van a recibir eses premios, pero volvemos a reiterar, volvemos a solicitar que o ano que vén fagan o que lle pedimos dende fai tanto tempo, que utilicen esa comisión, ese diálogo, para chegar aquí a este Pleno da Deputación con ese premio, con ese galardón acordado entre todos, que non teñamos que chegar a este tipo de debates totalmente innecesarios por falta de elegancia, para que dese modo esa proposta non só sexa unha proposta do grupo de goberno, que sexa unha proposta da Deputación, é o que pedimos, e nós imos a votar a favor, pero reiterándolles, solicitándolles ese cambio de postura, que non está de acordo coa importancia que ten este galardón para quen sexa merecedor del. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno dicir que en relación ás palabras, primeiro do Sr. Portavoz do Bloque Nacionalista Galego, a verdade é que o que pasa en Pontevedra é algo inaudito, pero bueno, o Sr. Mosquera segue instalado aínda na idade de pedra e non evolucionou, nin el nin o seu partido, claro, así é que pasa o que pasa noutros ámbitos, ¿non?. Aquí somos quen de estar en contra de que as poucas empresas e institucións que ten esta cidade, somos quen por parte dese grupo político de invitalas a que se vaian, algo inaudito, é evidente que Ence, estamos todos de acordo que non debe estar aí, debe estar noutra ubicación pero debe evidentemente estar en Pontevedra ou nos seus arredores para seguir creando emprego e riqueza, queremos construír un novo hospital, é algo inaudito, que non pasa, en calquera punto de España que o expliques. Están en contra da construción do Hospital, é evidente que a Brilat, que neste momento ten ofertas posibles para irse para outra ubicación fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, pois cun planteamento como os que fai o Bloque Nacionalista Galego, pois o máis normal, evidentemente, é que se fóra. Pero bueno, eu espero que esa etapa, algún día, o Bloque rectifique e dalgunha maneira tome boa nota disto, estes tres exemplos que acabo de poñer, é algo inaudito, algo inaudito, que o primeiro responsable, neste caso do goberno municipal de Pontevedra, que é a forza que non gañou as eleccións pero que goberna o concello de Pontevedra, que faga planteamentos deste calibre. Noutros sitios, xa digo, sería algo no que a sociedade en xeral asistiría pois a un debate destas características, facéndose varias preguntas, ¿teñen sentido común os qué están aí para facer un proposta neste sentido contrarias a todo isto?. Ou, é que ¿a Pontevedra lle sobran empresas?, polo que di o Bloque Nacionalista Galego, aparentemente sobran empresas en Pontevedra, sobran sitios onde poderlle dar traballo ós Pontevedreses, e polo tanto, xa digo, isto é surrealista, por iso están instalados aínda na Idade de Pedra, non evolucionaron nin evolucionarán ó ritmo que van porque con comentarios como os que acaba de facer o Sr. Mosquera, nada afortunados, aínda que despois, si é certo, primeiro dicimos unha cousa pero ó mellor se hai que estar nun desfile alá estaba o Alcalde de Pontevedra, aínda que si despois ten que ir a unha procesión non vai, porque bueno, a relixión, bueno, pero un desfile ó mellor xa miramos a ver si vamos ou non vamos, a súa incoherencia é manifestar sempre o que pasa é que sorber e soplar ó mesmo tempo non se pode, porque non é posible, pero vostedes están sempre instalados, evidentemente, nesa etapa que nunca a deron superado e agora están ademais nun debate interno que é o que realmente lle preocupa, se quedamos en cinco formacións, en catro ou en ningunha, ou vamos, ou marchamos uns, ou entramos outros, e así non darán evolucionado Sr. Mosquera, e creo, xa digo, que tal e como explicaba a portavoz do Partido Popular o impacto socio-económico que a Brilat ten para Pontevedra e a súa área de influencia, os datos o demostran, se vostede ou o seu partido, ó cal representa, cre que hai outras posibilidades, que substitúan a esta ou a outras que acabo de comentar, sería bo que llas explicaran ós cidadáns de Pontevedra, sería importante que lle explicaran cales son as alternativas, ou pola contra, o que estaremos é vendo como persoas formadas e que queren traballar en Pontevedra e na súa área, é que se teñen que marchar de aquí porque as posibilidades de traballo que hai son nulas, esa é dalgunha maneira a realidade. E dicirlle tamén, neste caso, ó Partido Socialista que de elegancia non nos van a dar leccións, de elegancia, esta é unha proposta que nace evidentemente do Partido Popular, que se propuxo o outro día no seno da Comisión Informativa, que era onde correspondía, as cales teñen a vontade ou non, claro está, de sumarse, pero que dalgunha maneira lle corresponde ó Partido Popular como forza maioritaria, amplamente maioritaria, esa responsabilidade, polo tanto, teñen esas dúas posibilidades, de sumarse ou non sumarse. Dicirlle tamén ó portavoz do Partido Socialista que de momento a Brilat está instalada no concello de Pontevedra, non no concello de Vilaboa, si é certo que está o concello de Vilaboa no entorno, pero de momento está instalada no concello de Pontevedra, espero que siga moito tempo aquí, que siga facendo esa extraordinaria, eu diría magnífico labor, que vén facendo, e non deixa de ser ademais esta medalla un recoñecemento e unha homenaxe póstuma a moitas persoas que por desgraza, por desgraza, perderon a vida, perderon a vida nese debate tan estéril que se ten producido en relación, que poderíamos entrar agora pero quizás non sexa o momento, de “Non á guerra”, porque o Partido Socialista presume xustamente do que non fai, que como o Partido Popular fora naquel entón, cando gobernaba quen segundo criterios do Partido Socialista nos levaba a unha guerra. Resulta que agora nós estamos en Afganistán e noutras localidades e que nunca antes faleceran tantos militares españois nos sitios onde estamos, como na etapa socialista, sen embargo agora estamos facendo, agora estamos alí en accións solidarias cando todo o mundo sabe o que estamos facendo, pero claro ese é o debate que dalgunha maneira habituados, o Partido Socialista, que cando falamos de paz, falamos de talante, e resulta, é que a realidade é a que temos hoxe encima da mesa, un país abocado a unha dificilísima situación económica para o cal presumíamos de talante, un país que ía a ser, evidentemente, o campión da Champions Leage, da liga europea da economía, e hoxe somos a ruína económica de Europa, iso é dous ou tres, e poderíamos seguir ata ser os campións do paro, cando íamos a ir ó pleno emprego co Presidente que agora mesmo temos do Goberno, e así poderíamos seguir, e seguir, e seguir, e para iso claro, este leva sete anos nada máis, sete máis dezaseis do anterior Presidente do Goberno, que fóra o Sr. González, pois a verdade é que nos dan para escribir moitas páxinas, pero páxinas que todas elas, a inmensa maioría son para olvidar. Pero agora a diferenza é que a sofren, evidentemente, maioritariamente, todos os españois, ningún se escapa desta complicadísima e delicada situación a que nos levou precisamente este partido, que non é outro que o Partido Socialista, e que nalgún momento, en varios, eu diría, en varios momentos tamén o Bloque Nacionalista Galego se sumou á festa, ¿non?, e que formaron un tándem conxunto. Non me quedou máis remedio que entrar neste debate, porque parece que podemos asistir atónitos a unha cousa e máis á contraria, e como o Partido Popular se algo ten é coherencia, non ten un discurso en Madrid, outro en Barcelona e outro en Pontevedra, senón que ten coherencia, isto podemos dicilo aquí en Pontevedra, podemos dicilo en Madrid, podemos dicilo en calquera punto de España, cuestión que, evidentemente o Partido Socialista non pode dicilo porque as voces que ten en cada sitio falan da feira segundo lle vai nela, e esa é a diferenza dos dous partidos que nestes momentos ocupan as bancadas da oposición. Creo que o Sr. Mosquera ten algo máis que engadir, non sei se de novidade ou de falar do pasado, pero vámoslle dar a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, se algunha dúbida había de que esta moción era mal intencionada, pola súa parte, con esta intervención creo que quedou absolutamente despexada, ou sexa, queren marcar o seu territorio en canto a militarismo, en canto á súa posición a favor das guerras ou dos gastos, nestas cuestións. Mire, creo que a posición que defende, defendeu e defenderá este grupo, é absolutamente clara e non ten ningunha dobrez. E imos por partes, somos tremendamente respectuosos con todas as institucións do Estado, polo tanto, si se vai cando o convidan como eles tamén veñen, digo tanto a Brilat como as institucións dese tipo. Outra cousa é que somos absolutamente claros na separación igrexa-estado, polo tanto, non se vai ás procesións, que parece que molesta moito que non se vaia ás procesións, pero mire, isto levámolo defendendo dende sempre, en Pontevedra, dende sempre, sábeo vostede perfectamente, perfectamente, polo tanto, non é cuestión de repetirlle o argumento, pero mire creo que nestas eleccións fomos claramente dicindo que queríamos Ence fóra, que si non íamos ás procesións, que queríamos o hospital en Montecelo, etc., etc., e que estabamos en contra das guerras e das batallas nas que o Estado nos está metendo. É radicalmente falaz o argumento económico, eu supoño que a presenza da Brilat entre Pontevedra e Vilaboa, aínda que está domiciliada en Pontevedra, pois sería exactamente igual, independentemente de que foran, de que os mandaran, que foran a punta de lanza para ir pegar tiros ou recibilos polo mundo adiante, polo mundo adiante, estamos falando doutras cousas, é máis, que quere que lle diga, sabe que os militares publicamente non se pronuncian nunca, que é lóxico, sería faltar ás súas obrigas, hai bastantes, non pode dicir maioritario ou non, pero bastantes, dos propios militares que non comparten este tipo de actuacións, obedecen como corresponde e punto, hai bastantes, bastantes, ¡eh!, bastantes, que non o ven razoable. Agora, supoño que vostede coñece perfectamente, cal é, cal foi o noso posicionamento con respecto a este tipo de intervencións, e incluso no actual, se propuxo expresamente que en vez de recortar gastos en sanidade, educación, nas transferencias das Administracións Locais e en todo o que está, recortando nos gastos destas presenzas bélicas polo mundo adiante pois sería unha boa ocasión para recortar. Entón, non me use argumentos falaces, sabe cal é o noso posicionamento, non pretenderá, non pretenderá que nós agora da noite para a mañá, vaiamos a defender o contrario do que sempre estivemos defendendo, sábeo de sobra, e cando presenta esta moción, supoño que absolutamente consciente, e faino dunha maneira, digamos belicosa, belicosa, sabe exactamente o que ía a pasar, sábeo de sobra, e tiña que sabelo de sobra. Entón, e estes tragan con aplaudir que estivera a Brilat, e o poñen de primeiro, ¡eh!, primeiro motivo fundamental, para darllo, é a presenza por aí nas guerras, poñen de primeiro, por se acaso, por se hai algunha dúbida; de primeiro, de primeiro, motivo fundamental, é que estivo aí, sábeo perfectamente, cal ía a ser a nosa reacción. E mire, temos tan boa relación coa Brilat que colaboramos, colaboraron con voluntarios no triatlón e cousas desas, temos unha relación espléndida, iso non ten nada que ver, agora, hai mentes, hai mentes tan obcecadas que non logran entender que as cousas poden ser doutra maneira, poden ser doutra maneira, ¿sabe vostede que á maioría dos católicos e dos curas lle molesta a presenza de cargos públicos nas procesións?. Porque saben que a maioría é pura representación e fariseísmo e podemos ter unhas relacións espléndidas cos católicos, cos curas e ter curas tal, outra cousa é ir a procesión e facer o paripé, é outra cousa distinta. E con respecto ós militares igual, podemos ter unha relación espléndida, outra cousa é que nós esteamos aplaudindo que vaian a pegar tiros, ós pobres que lles mandan, vale, e podemos ter unha relación espléndida, e poden comprendelo, non é que comprendan senón que parte deles o comparten. Non pretenderá que como forza política, que estamos frontalmente, estivemos e seguimos estando en contra da OTAN, que xa se ve para que vale agora, ¡eh!, para ir por aí pegando tiros polo mundo adiante, onde mande Estados Unidos, ou no seu defecto Gran Bretaña ou Francia, nunca onde diga o estado español, senón o de onde os manden, pois estamos en contra destas presenzas, e nos din que votemos a favor da Medalla de Ouro porque fixo todas estas presenzas, estivo en todas estas batallas, non, obviamente non o imos a facer, repito, pola intención coa que o fixeron e como o fixeron votaríamos en contra frontalmente, agora, por respecto e incluso as boas relacións que hai coa Brilat, etc., persoas concretas que hai aí, e polo comportamento que está tendo, que está sendo ultimamente exquisito e demais, unhas relacións normais entre institucións, vámonos a abster, vámonos a abster, que ese é o matiz, senón o entende, está claro que vostede parte doutros principios, está clarísimo, vostedes son o Partido Popular e nós somos o Bloque Nacionalista Galego, obviamente, agora, non teñen porque facer esta gamberrada, isto en términos de protocolo é unha gamberrada, saben perfectamente o que ía a pasar e lle están facendo un feo, que non pasaba nada. A Brilat creo que ten a tira de medallas e recoñecementos, e podía ser outro momento, e incluso se podería argumentar de maneira radicalmente diferente, non, vostedes o fan á man tenta, quen o fixo o fixo a man tenta, para meter iso. Bueno, ¿que quere que lle diga como conclusión e non ter que falar máis?. Orgullosísimo, orgullosísimo de que haxa, agora que está falando e que todas as políticas son iguais, non sei que, que todo é un paripé, orgullosísimo de ter uns principios e de defendelos sempre, en todas as ocasións incluso cando vostedes nos queren meter en bretes dese tipo. Orgullosísimos de ser os primeiros, que agora parece que se suma todo o mundo, de que Ence se tiña que ir de aí, orgullosísimo de defender o non ir ás procesións, orgullosísimos de defender que o Hospital hai que amplialo onde tal, e orgullosísimos de defender que os militares de todos os tipos, que están aquí en Pontevedra e especialmente os que son galegos, non deberían estar nunca para as batallitas que se lle ocorre ó Tío Sam ou a quen sexa, as batallitas que as fagan eles se queren e nós estaríamos en contra que as fixeran, depende cales, pero que nos leven os nosos soldados, o que lle convén é que haxa un gasto público disparatado para manter esas guerras, ¿non?, dixémolo sempre e o repetimos e orgullosísimos do noso posicionamento. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. Francisco Veiga. Sr. Veiga Soto.- Isto era precisamente o que queríamos evitar dende o grupo socialista, entrar neste tipo de debates que non ten ningún sentido no acto no que estamos. Estamos nun acto solemne de entregar unha medalla, a máxima medalla deste órgano a un ente importantísimo para toda a provincia, e que si, está en Pontevedra e ten terras tamén, ten terreo en Vilaboa e incluso zona de afección en Marín, pero que se excede deses tres municipios, excede ocupando toda a importancia dentro da provincia. O que intentamos aquí é entre todos acordar este merecemento para esta organización, e entrando neste tipo de debates non lle axudamos en absoluto, porque non vai a ser o que saia nos medios de comunicación, vai a ser outra cousa totalmente diferente, e xa entrando o Sr. Presidente nun debate totalmente diferente, entrando nun debate que excede incluso das propias competencias ou atribucións que ten este organismo, entón, xa mal vamos, iso si que non é elegante, para nada, porque cando queiran debater de hospital, de financiación privada para eses hospitais, de operacións militares ou non militares auspiciadas ou non por Nacións Unidas, falamos cando queiran, pero este non é o momento, este é o momento de outorgar ese merecemento para esa institución, e ese merecemento estase totalmente embarrando, estano embarrando vostedes, iso non é elegante, e polo momento ata hoxe elegancia pouca, pouca. Aínda seguimos sen saber quen forma parte das Comisións Informativas por parte do Grupo Popular, así que, mire, estamos sendo pacientes, e incluso, diríalle que estamos tendo demasiadas, comulgando con demasiados actos de fe, demasiados. O que pretendemos é que se acorde entre todos este tipo de premios, este tipo de merecementos, que iso foi algo que se acordou xa por parte de toda esta Corporación o ano pasado, pero, ¿que pasa?, ¿non ten valor ese tipo de acordos?; ¿non valen eses acordos cando implican a outros membros, a outros grupos desta Corporación?; ¿temos que ter iso en conta á hora de falar nunha Xunta de Portavoces ou nunha Comisión?; dígao, dígao e actuaremos en consecuencia tamén, pero eu creo que se pode traballar e actuar doutro modo, é o único que se lle estaba pedindo dende este grupo, que se reunise con nós antes de facer esta proposta, que puidésemos falala, que puidésemos acordala, porque no fondo estamos de acordo nesta ocasión. Se quere entrar noutro tipo de debates, entramos, pero non é este momento, non imos a escapar de ningún, de ningún, incluso de que este utilizando ese escano, ese micrófono para seguir dando mítines do Partido Popular, neste organismo é vostede o Presidente da Deputación, e estamos nun acto demasiado solemne para seguir xogando con este tipo de argumento, demasiado, comprométase que o ano que vén van a facelo diferente, van a poder sentarse co portavoz do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista, e vamos a poder facer unha proposta conxunta, comprométanse a que non imos a ter este tipo de debates, totalmente estériles, de cara ó ano que vén, comprométase que este acto vai a ser tomado en conta doutro modo e non como se está tomando agora, que é un acto solemne. Nós imos a votar a favor pola institución da que se está falando, pero non estamos para nada de acordo coas formas que se están levando adiante para outorgar este premio. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Veiga. Dicirlle ó Sr. Mosquera que, Sr. Mosquera seguen sen evolucionar, non evolucionaron, pero sen embargo cando toca, como lle dicía, hai un exemplo palpable, asistía este ano, un mes antes das eleccións municipais, a unha procesión alá polo sur da provincia de Pontevedra, e alí me encontrei a unha alcaldesa do Bloque, que curiosamente en catro anos non foi nunca, pero este ano dixo !por se acaso!, por se acaso alí estaba en primeiro tempo de saludo, para asistir á procesión de San Telmo. Entón a súa coherencia, Sr. Mosquera, os leva a que evidentemente non son coherentes consigo mesmos, nin co que defenden, nin co que practican. Polo tanto, con exemplos como ese ¿como lle vai a explicar á sociedade o que vostedes queren?, “sentímonos orgullosos”, ¿orgullosos de que?, “orgullosos de non ir a ese tipo de representacións a nivel relixioso”; iso é o que lle pasa, non son coherentes, e non hai tantos quilómetros de aquí a esa localidade, está ben preto, é como o que pasaba entre Vigo e Pontevedra, en Vigo a súa formación dicía unha cousa e en Pontevedra dicía a contraria, porque xa nos teñen claramente acostumados a este tema, ¿non?. Polo tanto espero que máis pronto que tarde evolucionen, porque ademais aquí vai un prexuízo clarísimo para Pontevedra e para a súa área de influencia. E, polo tanto, nós como formación política que cremos no ben para esta cidade, para ben da provincia e para o ben da área que hoxe toca premiar, teño que dicir que o Partido Popular se sinte orgulloso do labor que está facendo a Brilat, e polo tanto, así entendemos que é moi merecido este premio, igual que llo traslado ó Partido Socialista, pois o seu agradecemento por haber apoiado tamén esta iniciativa. Cremos que estamos diante dunha iniciativa que é loable e que é ben merecida e que polo tanto así o vamos a facer. Vamos a proceder, polo tanto, á votación da moción da presidencia para a concesión da Medalla de Ouro da Provincia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, ó abeiro da lexislación vixente, presenta diante do Pleno da corporación provincial esta moción relativa á concesión da Medalla de Ouro da provincia de Pontevedra á Brigada de Infantería Ligera Aerotransportable (BRILAT) Galicia VII. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1. A Brigada de Infantería Ligera Galicia VII é unha grande unidade de Infantería Lixeira do Exército de Terra de España. Encadrada dentro da División de Acción Rápida, participou e participa, desde 1995, en diversas misións e operacións multinacionais. Entre outras, destaca a súa presenza nos conflitos de: • Bosnia-Herzegovina, de 1995 a 1999, baixo os mandatos da ONU e da OTAN. • Kosovo e Serbia, nos anos 2000 e 2002, tamén cunha misión da OTAN. • Irak, no ano 2003, como primeira Brigada Española na denominada Brigada Multinacional Plus Ultra. • Afganistán, no 2005, dentro da chamada Operación ISAF. • Paquistán, entre os anos 2005 e 2006, con motivo do terremoto que asolou este país asiático. • Afganistán, nos anos 2006 e 2007, dentro da Operación ASPFOR XV. • Líbano, no ano 2007, dentro da Operación Libre Hidalgo III. • Afganistán, nos anos 2008, 2009 e 2010, nas misións de paz e de instrución do exército afgán. 2. A BRILAT foi creada en 1966 baixo o nome de Brigada de Infantería Aerotransportable. En 1987 trasladou as súas unidades desde A Coruña e Santiago de Compostela á que é hoxe a súa Base General Morillo en Pontevedra. Ó ano seguinte incorporou o Rexemento de Infantería Príncipe, situado en Siero (Asturias) e, en 1994, pasou a formar parte das Forzas de Acción Rápida xunto á BRIPAC (paracaidistas), a BRILEG (a Lexión Española) e o Rexemento de Cabalería Lusitania número 8. Desde o ano 1996 vén utilizando a denominación Brigada de Infantería Ligera Aerotransportable Galicia VII. A BRILAT está integrada na forza de resposta da OTAN. 3. Ademais dos seus labores de forza disuasoria, dos seus traballos de contribución á paz e á concordia internacional e das responsabilidades derivadas da súa pertenza ó exército español, a BRILAT vén desenvolvendo unha intensa labor de solidariedade e profunda implicación humana, social e cultural en Galicia e na provincia de Pontevedra. 4. O despregamento das súas patrullas pola metade dos concellos da provincia de Pontevedra, dentro da denominada Operación Centinela, é fundamental para o control preventivo dos incendios forestais en dous (o Condado-Paradanta e Baixo Miño) dos catro distritos forestais nos que está dividida a provincia. A Brilat mobiliza diariamente 18 unidades de tres militares para defender o patrimonio medioambiental e forestal e a extraordinaria riqueza que supoñen os nosos montes. 5. A colaboración e a solidariedade da BRILAT coa sociedade pontevedresa e galega, en xeral, non remata aí. Son coñecidas, entre outras, as súas actuacións na limpeza de praias e costa da contaminación provocada polo afundimento do Prestige; a solidariedade humana mostrada cando as inundacións de Padrón ou as operacións de salvamento que se levaron a cabo cando embarrancaron os barcos Erkowit e Casón; ou as súas reiteradas intervencións con ocasión de desastres naturais e problemas sociais. 6. A BRILAT mantén un profundo vencello e unha forte implicación coa cidade e coa provincia de Pontevedra. Non só é unha exemplar embaixadora da nosa provincia, e do mellor dos seus valores no mundo, senón que contribúe decisivamente á súa economía. Na base de General Morillo, en Figueirido, viven e traballan 2.500 militares, ademais de persoal civil, que, segundo estudos da Cámara de Comercio de Pontevedra, xeran un volume de gasto de arredor de 50 millóns de euros anuais na cidade en alugamentos, cesta da compra, adquisición de vehículos, roupa, calzado, ocio, entre outros, de tal xeito que a propia Cámara de Comercio non dubida en cualificar a BRILAT como “unha das maiores empresas de Pontevedra e a súa comarca”. Esta achega económica da unidade complementase con outras diversas accións, nas que sobresaen os constantes e permanentes cursos formativos que a BRILAT realiza en Pontevedra para especializar profesionalmente os seus membros de cara á súa inserción e homologación no mundo laboral da sociedade civil. O lema da BRILAT é “Del pasado, honor, del presente, orgullo”. E por iso, por ser un orgullo e un exemplo para a nosa provincia. E por todo o exposto o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: • Conceder a Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra á Brigada de Infantería Ligera Aerotransportable Galicia VII, BRILAT. B) Parte de información e control: 11.6103.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Pasamos a dar conta das Resolucións Presidenciais, ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- En primer lugar los extractos de las resoluciones dictadas entre el 24 de mayo al 20 de xuño y de 21 de xuño a 26 de xullo. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 24 de maio e o 20 de xuño do ano 2011 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 21 de xuño e o 26 de xullo do ano 2011 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 12.6104.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.-Si, dar cuenta de la sentencia del juzgado de lo contencioso-administrativo número 2 de Pontevedra de 15 de julio de 2011 en relación con el idioma de publicación en el Boletín Oficial de la Provincia. Sr. Presidente.- Home D. Cesáreo, parece que quere disfrutar un pouco, vamos darlle a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non é exactamente a palabra exacta senón é máis ben mortificarme. Mire, vostedes o perfil ideolóxico duro asómano, de vez en cando. Sr. Presidente.- Non escoitei, ¿perfil ideolóxico?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Perfil ideolóxico duro “FAES”, “FAES”, iso, “FAES”, ensínano de vez en cando de maneira clara, e ultimamente estano facendo aquí, estamos ante unha sentenza na que se deixa claramente de manifesto que esta Deputación nin tan sequera está cumprindo os mínimos que se impuxo, que pon a Lei de Normalización Lingüística á ordenanza da Deputación en canto ó uso do Galego. Xa non é que o promocione, que faga tal, senón que nin tan sequera o cumpre, foi por parte deste grupo solicitado reiteradamente que o corrixiran. O Sr. Presidente asinou unhas resolucións bastante delirantes, que corresponde perfectamente con esa campaña na que estaban inmersos hai ano e pico, en desmontar os poucos avances que había no galego, e agora atópase que un xuíz lle dá, lle di que non están cumprindo eses mínimos, e polo tanto, procedan a cumprilos, agardo que teñan a ben cumprilos e que, home, non imos a pretender que vostedes agora se convertan ó galeguismo, defensa do galego, porque sería inviable, pero cando menos, cando menos, sexan minimamente respectuosos e aplíquense, apliquen a sentenza e apliquen a normativa que está en vigor, realmente é bastante feo que lle teñan que dicir que nin cumpren a súa normativa, agardo que o corrixan, tiveron tempo de sobra, non lles dou a real gana porque o asunto era outro, e agardo que o corrixan e que acaten a sentenza. Dende logo é bastante triste ter que ir a un xulgado para que lle, para que se apliquen as normas da propia casa, é bastante triste, dende logo non é ningunha alegría, eu non agardo, vostede parece que nos quere convencer de que nós nos viremos “atlantistas”, “militaristas” e máis “confesionais”, non o vai a lograr pero nós xa non pretendemos que vós se viren, e vamos a un, ou ben, nesta etapa histórica un mínimo galeguismo e un mínimo respecto pola nosa lingua, pero cando menos cumpran as normas, apliquen a sentenza e agardemos que non volva a suceder. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera, hoxe a palabra do Pleno sería incoherencia do grupo, especialmente do Bloque Nacionalista Galego, porque teño aquí diante o Boletín Oficial da Deputación de Lugo, onde gobernan vostedes, e di: “Diputación de Lugo”, a palabra correcta do Pleno de hoxe, a escenificación é incoherencia do Bloque Nacionalista Galego, que perde o tempo en levarnos a nós ó xulgado porque no encabezamento di: “Diputación de Pontevedra”, vostedes levan cohabitando no goberno de Lugo catro anos e pico, e o Boletín de hoxe, viernes 5 de agosto 2011 di: “Diputación de Lugo”, por favor pido que lle entreguen unha copia, eu diría ben ampla, ó portavoz do Bloque Nacionalista Galego, para que se demostre a súa incoherencia, a súa incoherencia, e dicía o Sr. Mosquera, con esa fórmula que ten de sempre, “é triste, é lamentable, e todo isto”, e resulta que sacas isto, e despois eu asisto atónito a algún medio de comunicación, que eu non sei se existe agora ou non existe, que acudiría a aquela frase célebre de Rubalcaba “que sería ese medio sen ti”, e claro dicíalle esta mañá ó Secretario que, bueno, algúns medios de comunicación levan dicindo, porque claro me poñen a min, e será á institución en todo caso, dicindo que nós non editamos en galego, o noso Boletín se edita de maneira bilingüe, e só era o encabezamento que di Diputación de Pontevedra. Pero, claro, non hai que ir moi lexos, por iso lle dicía antes a súa incoherencia Sr. Mosquera, a súa incoherencia en poucos quilómetros se delata. Vostedes se vén calquera forza pública os detería rapidamente, por incoherentes, claro, porque levan presumindo dunha cousa que non o son, dirían, a estes hai que detelos, porque a verdade é que non se pode andar na vida así atropelando, e vostedes andan atropelando, andan atropelando. Entón digo, entón eu lle dicía antes, Sr. Mosquera, evolucionen, evolucionen, fagan a xuntanza esa que teñen o próximo 27, anúlena, miren a ver que fan, preséntense os cinco, separados, xuntos, pero non se pode, non se pode facer este tipo de actuacións, non se pode, porque vostede levou a un xulgado a perder un montón de tempo, a unha serie de funcionarios tamén, a unha serie de funcionarios tamén, entón, ¿para que?, ¿que conseguiu?, que pediu neste caso o Portavoz, bueno, xa non está, por un compañeiro seu, queremos copia desa sentencia, como el tesoro divino, para poder publicalo en todos os medios a nivel nacional e internacional, e saíu en todos os medios o meu retrato, dicindo que Louzán non cumpre coa normativa establecida. E se alguén defende e promociona o galego, non hai ningunha institución en Galicia probablemente que defenda e promocione tanto o galego como fai a Deputación de Pontevedra, e vostede no fondo me vén cunha auténtica carallada, falando en prata e acabando pronto, e resulta que esa carallada, aquí ó lado, moi preto, onde gobernan vostedes, que non cren nas deputacións, están facendo o que aquí acaban de denunciar. ¿Como se chama iso Sr. Mosquera?, ¿como se chama?. Queda vostede sorprendido, derrotado e sorprendido. ¿Que lle parece Sr. Mosquera?. Aínda queda con ánimos de poder dar unhas revirivoltas, ¿vostede cre que ten ganas de dar unha revirivolta ou non?. A verdade é que, eu non sei, pero se son vostede me iría para a casa hoxe cunha importante reflexión, ¿que facemos?, ¿cal é o meu sitio?, ¿en que partido milito eu?, e hai un refrán que di: “se empecei daquilo e sigo daquilo, ¿que pasou comigo durante tanto tempo?”, e vostede está exactamente igual, ¿que pasou comigo durante tanto tempo?, segue estancado na idade de pedra Sr. Mosquera, pero bueno, como quere facer algún guiño, vámoslle dar esa oportunidade. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Louzán, a ver, eu comprendo que nos dea esa suma importancia, parece ser que para este país si a temos, non se cadra ás veces numericamente pero para que se fale de certos problemas neste país, como parece que ou fala o BNG ou non fala ninguén, os plantexa ou os resolve. Entón, nos dá unha importancia tremenda, eu teño escoitado aquí que unhas decisións do Goberno do Estado, que nada tiñan que ver con nós, e que nós nos opoñiamos, era culpa nosa porque votáramos a favor dos orzamentos. Claro, ben, supoño, non coñezo o caso da Deputación de Lugo, pero me imaxino que levaremos todo o goberno da Deputación de Lugo, levaremos todo o goberno, como non o Boletín e como non outra serie de cousas, faltaría máis, teremos toda a responsabilidade con dous Deputados, é o que temos, son tres, dous, con dous Deputados obviamente temos a Deputación de Lugo, incluído o Boletín, todo á nosa disposición, o poder é omnívoro, é absoluto, non, claro, somos tan importantes que iso. Pero mire, en todo caso non vale para nada toda a argumentación porque o teñen fácil, van á Deputación de Lugo plantexan o asunto e que se corrixa. ¿Vale?, fácil, e aquí plantexóuselle educadamente, sen, incluso, sen facelo público, se se acorda, primeiro plantexouse verbalmente nun Pleno, despois fíxose por escrito sen facelo público, despois presentouse un recurso de reposición, e vostedes erre que erre que non lle daba a gana, vale, esa é a diferencia. Plantéxeno, se vostedes cren que na Deputación de Lugo o fan mal, que non me consta, acéptolle, que se é certo, pois que o fagan ben, tampouco sei que ordenanza teñen nin cousas desas. A verdade é que a miña capacidade para coñecer todo o que pasa en todas as institucións de Galicia, do Estado e demais é limitada, é máis, con respecto a esa insinuación final que fixo, pódolle dicir que é unha tradución, é unha tradución do que, … … … Sr. Presidente.- Si, mire ben a ver se atopa por aí algunha cousiña. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ten exactamente o mesmo problema que ten o de aquí, co cal, eu invitaríao, é dicir, se lle preocupa, e comunicareillo ós deputados nosos que se preocupen por iso, que eu sepa, … Sr. Presidente.- Avíselle a tempo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, pero aquí avisóuselle, non se preocupe, non se preocupe por iso, dende logo buscar, algo que vostedes fixeron aquí mal, pois buscar esas cousas pois é francamente absurdo, non, non teño gana de … Creo que está aí todo o expediente, se alguén o quere, fixo aquí unha pregunta, un rogo, no Pleno, se lle solicitou, non quixeron, e agora pois hai unha sentencia que lle dá a razón. Simplemente, quero que a apliquen, e na Deputación de Lugo evidentemente terán que aplicalo tamén, que non ten nada que ver, porque que eu sepa a responsabilidade do Boletín na Deputación de Lugo, o BNG non ten ningunha, non ten ningunha. Pero mire, unha cousiña que quixo deslizar, quixo deslizar aí onde está cada un, onde se move e demais. Se é unha referencia persoal, quero dicirlle que estou onde quero, porque, mire, a min o traballo este, a adicación esta ó cargo público pois é o mesmo que ser Presidente ou estar nunha directiva dunha asociación de veciños ou de montes ou similar, é un compromiso cunhas ideas e cunha xente dun país. Nunca, nunca, nunca pensei, nin entrou, porque me parece que as referencias de Tosar, entrou nas miñas contas nin previsións iso que se chama facer carreira política nin similares, nunca, se cadra por iso un pode permitirse, como creo que a maioría dos compañeiros do BNG, un pode permitirse manter os seus principios, polos que está, a capa e espada, chova ou faga sol, ou veña o vento dun lado ou doutro, igual outros non poden dicir o mesmo e así estamos, así está a imaxe da política como está. Eu non quero citar a ninguén, nada máis simplemente algúns estamos perdendo cartos e enerxías nisto por principios, non por facer ningunha carreira política, que lonxe de min, e creo que de case todos nós, esa suposición ou ese compromiso cunha organización política ou con este país por facer carreira política. Iso queda para outros, que a fagan, que teñan moita sorte, e ata os felicitamos cando a teñen, ata os felicitamos. Moitas gracias. Pero con respecto ó fondo, procure corrixilo e se a Deputación de Lugo está facendo mal tamén que procure corrixilo, porque aquí foi advertido con boas formas hai máis dun ano, polo tanto, tiveron tempo, e agora vén o Xulgado a dicirllo. E quen o estea facendo mal, sexa a Deputación de Lugo, ou sexa, que non temos responsabilidade, vamos, ou sexa un goberno do BNG, dirémoslle o mesmo, dirémoslle o mesmo, non se preocupe que lle diremos o mesmo. O que pasa é que aquí vostede é persistente, non quixo facelo, non quixo facelo, e agora vén unha sentencia que obriga, non se preocupe, e se hai algún que o estea facendo dirémoslle o mesmo, ou polo menos este grupo, este Portavoz si lle dirá o mesmo, non se preocupe, non me asigne ou non lle asigne a este grupo incongruencias coas que non ten nada que ver e coas que posiblemente non está de acordo e se as coñece fará todo o posible para que se corrixan. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Non seguiremos facendo leña do árbol caído. Pero ó ritmo que van en Lugo agora teñen dous, tiñan tres, teñen dous, aquí tiñan cinco, teñen catro, eu é por mirar pola súa saúde política, entón, e alí de dous van pasar a cero, me parece, ó ritmo que van, porque non fan nin caso ás cuestións que vostedes defenden, porque eu creo que aí debe haber un problema de que traballan pouco alí, porque eses cobran, ¿sabe que alí hai trece dedicacións?, e cobran, eses dous ou tres cobran, e non fixeron o que vostedes lles mandan. Porque ademais di: solicito que se proceda ó inmediato cesamento desta vulneración flagrante e sostida da normativa aplicable coa corrección da ilegalidade sinalada, isto o di o seu compañeiro, que xa non está aquí, pero que lle trasladamos, o Sr. Martínez Giráldez, deputado provincial do Bloque Nacionalista Galego. E o problema é o que estarán pensando os miles de cidadáns que están no paro, é dicir, “estes políticos teñen ganas de perder o tempo”, non. Porque se fala ás veces moito de buscar solucións, e claro, os Xulgados atascados e atascados con este tipo de circunstancias. E a verdade é que, eu, o viron aquí os técnicos, e os técnicos dixeron, mira, eu creo que estamos cumprindo a legalidade, e eu lle dixen, mira, a min me dá igual, somos defensores á ultranza do noso idioma, e polo tanto, está nos dous idiomas para quen o queira ler e aquí podemos falar en galego, en castelán, en inglés e en marroquí, se fai falta. Polo tanto, xa lle digo, Sr. Mosquera, revise ben os fundamentos e as esencias do seu ancestral partido para que non anden con estas cousas, porque se ó final acaban sendo incoherentes con isto, incoherentes coas procesións, incoherentes cos militares, incoherentes con tantas cousas e ata incoherentes coa posibilidade de crear emprego e riqueza, pois creo que non é nada bo para a sociedade iso. Por iso que nós no noso caso máximo respecto á xustiza neste ámbito e o Boletín, será Boletín Oficial da Provincia da Deputación de Pontevedra e Boletín Oficial da Provincia da Diputación de Pontevedra, en ámbalas dúas fórmulas será perfectamente entendido e explicado. E, como xa levamos, a verdade é que bastante tempo, pero é a nosa obrigación seguir debatendo as cuestións. Comunicacións terminamos. Dada conta da sentenza do Xulgado do contencioso-administrativo nº 2 de Pontevedra, (número de Rexistro de entrada 26771, de data 26 de xullo de 2011), recaída en autos de procedemento ordinario 411/2010, promovidos por D. Gabriel Martínez Giráldez contra Resolución Presidencial desestimatoria de recurso de reposición promovido contra a ditada o 29 de xullo de 2010 sobre publicación en castelán no Boletín Oficial da Provincia, na que se estima dito recurso, o Pleno queda enterado e procederá a cumprila nos seus propios termos. 13.6105.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- E temos rogos e preguntas, porque a pesares de ser un pleno extraordinario estaba previsto que é un pleno substitutorio e polo tanto accedemos a iso, se houbera algunha cuestión. Sr. Veiga. Sr. Veiga Soto.- Moitas gracias Sr. Presidente. Eu non é por ser cansino, pero, me gustaría saber cales foron os criterios utilizados por esta Presidencia para a elección das obras levadas a cabo coa parte proporcional que tiña esta Presidencia, de libre disposición, dentro do plan anticrisis, con eses 14 millóns. Fomos coñecedores a través da relación que se lle pasou ó Deputado Provincial, o anterior Deputado Provincial, Juan Muradas, da realización de sete millóns de euros, pero nos gustaría saber cales foron eses criterios tanto de elección de proxectos como de concellos, para a inversión deses sete millóns, e se algo máis, deses catorce millóns, foi adxudicado recentemente e que criterios tamén se utilizaron para iso. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Veiga. A contestación é rápida. A verdade é que non foi a mesma que aplicou un señor que se chamaba, chamábase, no goberno, me refiro, aínda se chama Sr. Pachi Vázquez, adxudicou 40 millóns de euros a dedo, e dos 40 adxudicou case a metade por emerxencia, emerxencia é un proceso que se establece e se utiliza só cando é unha cuestión puramente de emerxencia. Hai algunha cousa de emerxencia que aínda non está feita hoxe, ese me parece que milita no seu partido, para máis señas creo que é o responsable do seu partido en Galicia, e adxudicou 40 millóns de euros a dedo, así. Era de emerxencia, ou sexa, saltándose todas as normas establecidas, habidas e por haber, establecidas, habidas e por haber. Nós, sen embargo, e ademais iso creo que eran todos concellos socialistas, foi unha casualidade, me parece, eu creo que o argumento que foi, foi unha coincidencia, sen embargo se puido contemplar a lista que lle dou o goberno do Partido Popular da Deputación, hai de todas as cores, hai do Bloque, hai do Partido Socialista e hai do Partido Popular. Home, dáse a circunstancia que maioritariamente son do Partido Popular, porque tamén é certo que o Partido Popular goberna en 47 dos 62, non é como o que pasaba antes, que en Galicia a pesares de que gobernábamos maioritariamente en concellos o Partido Popular, pois lle tocaba máis ó PSOE, bueno, son desas circunstancias que todo parece indicar que foron casualidades. Polo tanto, eu xa digo, aí puido contemplar e comprobar que todas elas son, eu creo que cuestións necesarias, e que axudan dalgunha maneira á mellora das infraestruturas na provincia de Pontevedra. ¿Algo máis?. Sr. Veiga Soto.- Podemos discrepar da necesidade dalgunha das actuacións, se quere entramos niso, pero bueno, pero eu preguntáballe polos criterios, que non me acaba de dicir cales foron os criterios para adxudicar as determinadas actuacións, claramente, ¿que foi o que primou á hora de levar a cabo unha ou outra?, simplemente, ¿cales foron eses criterios utilizados por vostede para que non se iguale con outros procedementos como vostede di de a dedo?; que diso, se quere, tamén podemos falar dentro do presuposto da Deputación, pero non, os criterios utilizados para outorgar eses 14 millóns de euros, nada máis. Sr. Presidente.- O Sr. Vázquez dixo que fora un criterio de necesidad. Sr. Veiga Soto.- ¿E vostede?. Sr. Presidente.- E os nosos era un criterio de necesidade e de prioridade para esa actuación, para con esa actuación. Eu engadinlle necesidade e prioridade. Sr. Veiga Soto.- ¿Equipar a un concello de mobiliario é prioridade e necesidade?. Sr. Presidente.- Home, pois si, si. Sr. Veiga Soto.- Moita. Ten vostede razón. Pero de verdade que me gustaría coñecer os criterios obxectivos. Sr. Presidente.- Home, aquí hai un compañeiro seu que iniciou, hai un refrán que di, “xaula feita, pájaro muerto”, e hai un compañeiro que está aquí, bueno, xa marchou, pero que con todos os respectos, eu sei que me vai a entender, porque resulta que está aquí o pájaro novo que entrou, e o pájaro muerto pois creou unha xaula e agora hai que equipala, que é o concello de Nigrán. E, entón, vamos a equipala tamén, me dixo o alcalde, oe, hai unha necesidade e ten catro plantas, e claro, construíu un edificio, a ver se, vaime botar unha man a Xunta, outra bótasma ti, outra bótama outro, e entón el creou a xaula, pero hai un refrán en Galicia que di, “jaula hecha, pájaro muerto”. Neste caso pois, bueno, o Partido Popular debeu facer ben o labor e xa entrou aí dentro e temos que equiparlla para que teñan unha instalación medianamente digna. Entón, esa é unha necesidade, home, se me fala do concello que é concretamente, home, pois agora mesmo non sei se están no novo ou non, pero, ou deben de estar a punto de ir, pero era un dos concellos, no que son as súas instalacións, que son as súas instalacións as peores da provincia de Pontevedra sen dúbida. Polo tanto, bueno, creo que estamos a facer algo lóxico. Pero bueno, niso podíamos entrar e debater longamente sobre o criterio de necesidade, pero vamos, que neste caso se xustifica, claro está, porque senón non tería lugar. Moi ben, pois. Sr. Veiga Soto.- Non, non, sigo sen saber os criterios obxectivos, pero bueno, esperaremos. PÉSAME Á FAMILIA DE DON FERNANDO GARCÍA DEL VALLE POLO SEU FALECEMENTO Sr. Presidente.- Moitas gracias. Dicir que, bueno pois temos que rematar este Pleno cunha noticia lutuosa, que eu creo que así debe constar en acta, o noso pésame á familia de D. Fernando García del Valle, que foi Presidente desta Institución entre os anos 86 e 87, polo tanto, que tiña agora mesmo 81 anos e que estivera aquí con nós no acto celebrado dos 25 anos da constitución da Corporación, e que hoxe faleceu, e polo tanto, trasladar no nome da Corporación Provincial, o noso máis sentido pésame a toda a familia de D. Fernando García del Valle. E sen máis levántase a sesión. Moi bos días e moitas gracias. A Corporación Provincial enterada do falecemento de Don Fernando García del Valle, que foi Presidente desta Institución entre os anos 1986 e 1987, trasládalle á súa familia o máis sentido pésame. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)