ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2011/09/30_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/4.2011-09-30_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/09/30_Ordinaria

  • Data(s) 2011-09-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 51 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 30 de setembro de 2011 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día trinta de setembro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado D. Alberto Valverde Pérez (PP). Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días. 1.6115.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 5 de agosto de 2011. Apróbase. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 5 de agosto de 2011. A) Parte resolutiva: 2.6116.- ACORDO INICIAL DE DISOLUCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” (IPESPO) E DERROGACIÓN DOS SEUS ESTATUTOS Sr. Presidente.- Punto número 2. Acordo inicial de disolución do Organismo Autónomo Local “Instituto para a Promoción e Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra” (IPESPO) e derrogación dos seus Estatutos. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Moi bos días a todos e a todas. Vamos a tratar, aínda que coas súas especificidades, se lle parece ben, o 2, 3, 4 e 5, xuntos, as catro disolucións de organismos, senón falamos un por un. O que se nos trae aquí é a proposta de disolución de catro organismos autónomos desta Institución, bueno, un non é un organismo autónomo, o CPAM, pero bueno, vamos a, non entrar en matices, que tipo de órgano é, que son o IPESPO, a Caixa de Anticipos de Cooperación, a Escola de Canteiros de Pontevedra e o Centro Provincial de Asesoramento Municipal, o CPAM. Eu, antes de nada, teño que dicir que estes organismos, estes organismos, son o máis democrático e transparente que hai nesta casa. Nestes organismos trátase polo miúdo as cuestións de xestión, pois do solo industrial, neste caso o de Barro-Meis, ou tamén o que foi a plataforma loxística inversa, en Cambados, a que concellos se lle dan e en que condicións e a quen non se lle dan os anticipos. A Escola de Canteiros, seguimento do seu funcionamento, recordemos, non ten nin Consello Escolar, non hai ningunha institución educativa que non teña un órgano de dirección; e o CPAM, que está moribundo, en contra do que debía ser, e que ultimamente pouca actividade tivo, pero debía tela porque é unha das funcións fundamentais desta casa, obviamente, non hai comparación entre o funcionamento, a capacidade de seguimento dos asuntos que se tratan especificamente nestes organismos, e os que pode haber nunha comisión informativa ou mesmo no Pleno. Son órganos de distinto tipo, é absolutamente diferente o enfoque, e estes, repito, apelando á experiencia son dos máis democráticos, nos que se fai un seguimento maior dos asuntos polo miúdo, nos que se acadou, que para a maioría deles é tremendamente positivo que os asuntos, digamos, se debatan para xestionalos o mellor posible e non que sexan motivo de confrontación política estéril, cando hai motivos de peso si, pero senón, se resolven nestes organismos. Quéresenos razoar a desesperación destes organismos, destes órganos destes organismos, por aforro, por austeridade, por non, por diminuír o gasto. Ben, o custo destes organismos que, quitando o persoal que obviamente é indiferente que existan ou non, polo tanto, eu digo que pode haber máis ou menos, segundo decisións doutro tipo, e non porque exista ou non o organismo, o custe pois pódese, depende que se meta aí, pero non chega nin de lonxe ós 100.000 euros anuais, non chega nin de lonxe ós 100.000 euros anuais. Obviamente se se poñen xerentes ou outro tipo de persoal de confianza, pero non hai porque poñelo, pódese, é indiferente que exista o organismo ou que non, é máis, vista a experiencia destes organismos, nós cremos, cremos, estamos convencidos, que funcionaría moito mellor e serían necesarios, pois poñelo por exemplo, un deste tipo para o seguimento de Príncipe Felipe, xa nos van 15.000.000 de euros ó ano, e bueno, pois nin memoria temos de actividades, digo, polo menos parte dos anos non hai nin memoria de actividades. A Corporación, a maioría da Corporación, cando menos a oposición, non sabemos polo miúdo o que está pasando aí; ou en Vías e Obras, que están manexando unha cifra parecida e que para conseguir información de onde se fixeron cousas ou onde non, o cal están facendo, pois ás veces nos pasamos meses demandándoa sen que se nola comunique. Entón, son, baixo o noso punto de vista, e creo que demostrado, e creo que todos os membros que non traían a consigna política, cando se falou disto nos consellos reitores, compartían esta opinión, é un disparate suprimilos, é un disparate, ó contrario, debía haber algúns máis que fixeran un seguimento polo miúdo de áreas moi potentes desta casa nas que, pois a Corporación non ten esa participación, esa capacidade de seguimento, e incluso, por que non, esa capacidade de pacto, como ten habido nestes organismos, todos reiteradas veces, todos reiteradas veces. Ben, entón a nosa proposta, a nosa proposta, é que se o problema é, os hipotéticos, que reais son bastante menos, 100.000 euros , unha vez recortado o persoal, que xa está feito, pois pasalos a gratuítos, mantelos e pasalos a gratuítos, os que formemos parte destes organismos renunciamos a esa pequena compensación, que se cobra por asistencias, para facer o seguimento, punto, non hai ningunha razón, e ós funcionarios acumularllo como parte do seu traballo, renunciamos todos a ese gasto e problema arreglado. Agora, para nós é perder o mecanismo máis democrático, máis participativo, que existía nesta Institución, e que estaba funcionando ben, e funcionaron ben case todos. Cando houbo o Consello de Administración do Hospital, cando o Hospital Provincial e o Rebullón eran desta casa, funcionou francamente ben, cando houbo o Consello Reitor da, vamos, da Formación Profesional “Príncipe Felipe”, funcionou francamente ben, nunca creou ningún problema, e creo que axudou dunha maneira construtiva e positiva para a mellor xestión desa área da Deputación. Polo tanto, se a desculpa é, nós pediríamos que retiraran estes puntos da orde do día, estes catro puntos, que miren, se cadra fusionar a Caixa de Anticipos co Centro Provincial de Asesoramento Municipal, bueno, pois probablemente sexa razoable, pero non cambiaría especialmente nada, e incluso nesas condicións que estamos propoñendo, que se cren algúns máis, repito, a experiencia é, por exemplo, mantense o de Turismo, vale, pois, que, o Patronato de Turismo Rías Baixas ten evitado, o propio órgano, certas polémicas que podían ser dañinas, e se ten xestionado alí cantidade de cousas dunha maneira moi positiva, mantense, ese mantense, pero o mesmo que sucedeu no IPESPO, o mesmo que sucedeu na Escola de Canteiros, o mesmo que sucedeu noutros organismos. Polo tanto, se a razón é eses 60, 70 mil euros, entre os catro, entre os catro, ou sexa, un quince mil, outros seis mil, outros vinte e tantos mil euros, que máis ou menos é o que custan, non, se a razón é esa, renunciamos, ou sexa, acordamos, como está nas bases de execución, que se cobran, pois, non sei, cen euros, douscentos euros ó mes, algún funcionario 500 euros por facer eses traballos complementarios, quítase, non se cobran e xa está, e afórranse igual os 100 mil euros. Nós preferimos asistir, e facer o seguimento do traballo destes organismos, de maneira desinteresada, a que desaparezan, porque o seguimento despois é peor, e á parte non é certo ese gasto, porque se ten que pasar por unha Comisión Informativa vai ser moito máis caro. Pero bueno, xa sen entrar neses matices, esa é a proposta que facemos, e agardemos que retiren isto da orde do día, e en todo caso mantéñanse os organismos convertidos en gratuítos, sería o único caso en que existen organismos gratuítos, en ningunha empresa nin administración, pois, creo que o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra tamén é así. Pero bueno, pois así, pois así, esa é a oferta que, ou se, ou reducir, quero dicir eu, ou reducirlle o gasto, xa non sei onde, pero bueno reducirllo, senón é de maneira gratuíta, pero repito, é quitar uns instrumentos, que debía haber máis, de seguimento e de, polo miúdo non, de análises dos problemas, e de aportacións de todos os grupos e funcionarios, non, e de posta en común, que son extraordinariamente positivos, extraordinariamente positivos para, non hai entidade que funcione así, antes puxen o exemplo dos centros escolares, nun centro escolar o consello escolar pois é a vía na que se canalizan as participacións, non custa nada, bueno, pois manteñamos estes organismos como se foran, a Escola de Canteiros, o consello, o equivalente ó consello escolar que non hai, e nos outros, pois para que nos entendamos, e non custen nada, pero que existan e se reúnan. Eu non sei quen vai contestar, pero por se acaso, o Sr. Figueroa, o de Turismo non o suprimiu, bueno, hai participacións externas e demais, porque é positivo que exista, vale, reduzámolos, se é polo custe, xa digo, estamos falando se cadra de sesenta mil euros, que se podían baixar a trinta ou a nada ó ano, pois, ou sexa, catro mil, seis mil, bueno, nada, nada, porque se van gastar por outro lado, se vai gastar máis. Pero bueno, é inevitable non por despilfarro nin nada, pois, mantéñanse e demais, porque non sei onde está o plantexamento, no acabamos de ver, porque se aquí existiran, como existe noutras administracións, sociedades anónimas, institutos ou o que sexa, no que, no consello de administración se están cobrando pastóns, e que custan se cadra un millón de euros ó ano, trescentos mil ou o que sexa, pois sería razoable facelo desaparecer, pero non é o caso, non é o caso, non é o caso. Polo tanto, recortemos ata onde se queira, que sexan gratuítos, gratuítos, que sexan simbólicos, simbólicos, pero que se manteñan, son extraordinariamente positivos, e os deputados e deputadas que teñan aquí certa experiencia e que participaran nestes organismos compartirán a miña opinión, de feito sei que a comparten, compartirán a nosa opinión, sei que a comparten. É máis, probablemente noutras áreas, como dixen antes, podía ser Vías e Obras, podía ser Cooperación, polo menos as gordas, non estaría nada mal que houbera un organismo deste tipo, non estaría nada mal, nada, nada mal, porque se fai un seguimento polo miúdo, en comisión reducida, non estamos dezasete deputados nin vintesete, estamos cinco, e facemos un seguimento polo miúdo do que pasa, que en fin, acordamos como seguimos, acordamos e bueno, non acordamos, pero hai un seguimento que creo que é moi positivo, moi positivo para este tipo, para o funcionamento deste tipo de áreas de servicio ou como se queira chamar da Deputación. Esta é a nosa proposta, queremos que se vote, e agardemos que sexa aceptada porque se a razón é a redución económica pódese conseguir sen suprimilos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Bos días. Gracias Presidente. Eu, primeiro, unha pregunta, ¿se vamos agrupar os puntos 2, 3, 4 e 5?. Nós niso estamos de acordo, nós estamos de acordo. Sr. Presidente.- Si, propúxoo, me parece razoable, polo tanto adiante. Sr. Rodríguez Díaz.- De acordo. Ben, nós dende o Grupo Provincial Socialista queremos facer primeiro unha referencia ó IPESPO. En 2004 apoiamos a creación deste organismo, porque víamos que a súa finalidade, exposta nos seus estatutos, era unha finalidade pois que viña ben para os tempos que corrían, como era a de promocionar e xestionar solo industrial e tamén de equipamentos empresariais, e cun engadido, con programas de construción de vivendas de protección pública na provincia de Pontevedra. Eses fins eran oportunos, por iso os apoiamos, en tanto en canto se crearan na nosa provincia por parte da Xunta de Galicia, gobernada polo Partido Popular naquel entón, innumerables parques que aínda a día de hoxe en moitos dos casos están baleiros. Foron parques que se fixeron sen criterios de viabilidade, sen boas conexións viarias, e polo tanto, esta oportunidade que ofrecía o IPESPO, en tanto a facer polígonos industriais de tamaño medio, con garantías de ocupación, polo tanto con garantías de creación de emprego, pois viámolo como positivo, incluso o de Barro está ben comunicado. Pero tamén naquel momento, víase, como o crecemento do prezo da vivenda pola especulación que se facía sobre ela, era moi oportuno promocionar vivenda protexida, que fora de calidade, a un prezo taxado, a un prezo xusto, para vivir as familias e non para utilizar como especulación. E agora, o Grupo Provincial Socialista tamén apoiamos a súa disolución, pero apoiamos a súa disolución por dous motivos, o primeiro porque é un organismo autónomo dunha administración, é unha administración máis aquí, polo tanto hai que aforrar gastos, pero tamén por non ter cumprido os seus obxectivos. E nós aquí temos que ser contundentes señores do Partido Popular, tras sete anos da súa constitución esta disolución demostra o fracaso máis absoluto deste organismo, do IPESPO, porque se promociona un polígono sen ter en conta a legalidade, e iso se fai por unha administración pública, pola Deputación, sen auga, sen saneamento, e isto é moi grave. Á vez outro dos grandes obxectivos tras sete anos, non hai nin unha soa vivenda protexida, preguntamos, ¿por qué?, e en todo caso neste trámite de disolución debe primar a máxima transparencia e aquí o Grupo Provincial Socialista esiximos coñecer antes da súa disolución definitiva, ¿canto foi o custe da súa creación?, ¿cal é o seu saldo actual?, o persoal do IPESPO, cede ó propio organismo o persoal propio da Deputación, se ese persoal que vai a vir para a Deputación, ¿cal é?, se tamén o director se vai a integrar dentro da Deputación, e algo tamén moi importante, ¿cal vai a ser a repercusión nas contas da Deputación?. Con respecto ós outros, a Caixa de Anticipos, a Escola de Canteiros e o CPAM, a nosa pregunta e a nosa preocupación, é tamén, ¿que vai a pasar co persoal?, ¿como se vai integrar?, ¿cal é ese persoal?, ¿que vai a pasar con eles?, en concreto na Caixa de Anticipos, ¿como se vai agora a financiar as obras de cooperación local ou os plans provinciais de cooperación?, ¿vanse seguir financiando?, ¿como se vai a facer?, creo que os concellos deben coñecer realmente o que vai a suceder tras esta disolución. E na Escola de Canteiros, ¿por que non están homologados os ensinos que alí se dan?, ¿Por que non están homologados?, porque se pode dar formación para traballadores en paro ou en activo, ou incluso regradas, porque non se, nestes anos, que é un estandarte esta Escola de Canteiros, e máis unha profesión de tradición na nosa provincia, cunha especialidade que ademais pode ter saída, que pode haber futuro laboral neses, nesas persoas que se formen aí. E dende logo, tamén a pregunta, ¿como vai a ser o funcionamento trala súa disolución?, creo que son consideracións que todos os cidadáns, e en especial os municipios da provincia de Pontevedra, deben coñecer trala disolución destes organismos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Héctor Santos. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, bos días. Eu me gustaría empezar pola última intervención. Me parece que teñen un descoñecemento claro do funcionamento desta casa, ben, dicía o Sr. Mosquera, que nestes organismos autónomos como en toda esta casa hai un grado importante de transparencia, por iso todos os datos que vostede está a pedir, está a solicitar, se deron nas contas correspondentes, na conta xeral desta propia casa e incluso dos propios organismos que estamos a definir. Creo que o papel destes organismos é un papel importante, un papel importante, pero que debido a unha situación de crise que estamos a vivir, esta casa, e o Presidente, e todo o equipo de goberno, tomou unha serie de decisións no seu conxunto, é dicir, Sr. Mosquera, vostede sabe que cando se aplica unha política, unha política, non pode ser puntual de cada un dos temas, senón que ten que ser no seu conxunto, e por iso a austeridade para nós prima, prima por unha situación clara que sabemos, de crisis, que estamos a vivir, que estamos a vivir tanto nas familias coma nas propias empresas, e dunha maneira especial nas Institucións, e por iso non é xusto ou non sería razoable nin cun argumento serio, definir só as políticas de austeridade que estamos a levar, só falando destes organismos autónomos. Nesta casa se empezou cuns primeiros replantexamentos de medidas de redución do gasto no seu conxunto, que lle adianto, xa que non van a ser as últimas nin as penúltimas, nós xa llo anunciamos que hai, houbo unhas medidas de redución do gasto que están por riba do millón de euros, e unha serie de apartados como é o custe do equipo de goberno, que se reduce no 50% con respecto ó goberno anterior, o persoal de confianza do goberno e dos grupos da oposición, que se reduce no 66%, se suprimen sete postos de persoal eventual, os organismos autónomos se reducen nun 63%, que é a medida que hoxe traemos aquí; as dedicacións exclusivas do grupo de goberno supoñen un 50% menos que no mandato anterior, e temos tamén outras medidas de austeridade, que foron adoptadas, como é a conxelación de salarios, dietas de cargos electos, redución de gastos de protocolo e publicidade, redución de subvencións nalgúns apartados, e sobre todo a realización dun plan de axuste do gasto corrente que estamos a levar a cabo. Podemos, eu podo dicirlle que agora mesmo está en marcha un contrato único de seguros para a Deputación, que nos seus 51 centros pois pensamos reducir o custe anual aproximadamente nun 20%. Con respecto ós plans de comunicacións, de telecomunicacións desta casa, adxudicados a R en 2,2 millóns, posibilita un aforro xa este ano de 60.000 euros, pero, nos próximos anos estamos a falar de 300.000 euros cada ano. Se fixo a aprobación, vostedes o saben, dun consorcio provincial de bombeiros, cun único xerente para os cinco parques existentes, esa é unha redución do gasto importante. E tamén, no contrato de enerxía eléctrica da Deputación, pois pretendemos que 40 concellos teñan un único provedor, co cal, bueno, pois, nas economías de escalas posibilitará un aforro na factura eléctrica de entre o 15 e o 20%. Lle podería relatar pois outra serie de medidas máis, que estamos a aplicar, e que dentro desas medidas pois aparece tamén esta supresión destes organismos ou institutos, neste caso dos que estamos a falar. Non van a menoscabar a súa xestión nin a súa capacidade nin os obxectivos que teñen, porque entendemos que nestes organismos os servizos da casa os poden prestar con absoluta normalidade e sen reducir nin a eficacia nin a eficiencia nestes organismos, e iso pois era o que entendíamos. ¿Por que vostedes nos preguntan porque seguramente outros organismos non se suprimiron?. Bueno, pois de momento consideramos que damos un primeiro paso, iso non quere dicir que no futuro que tamén esteamos abertos ou con posibilidades, en base ós ingresos que teñamos e ós gastos que esta casa poida contemplar, facer máis reducións e ir máis alá. Nós anunciamos no último Pleno que estas medidas se ían a aplicar no próximo presuposto, pero tamén lle adianto que na confección do presuposto que estamos a levar a cabo haberá tamén outro tipo de medidas máis de redución do gasto na liña da austeridade e da transparencia. O argumento de que, nos dá un argumento un pouco perverso vostede, é dicir, Sr. Mosquera, agora nos vén a dicir despois de todas as críticas que recibimos que esta casa é transparente. Bueno, pois benvido, benvido, a que vostede que é unha persoa que coñece moi ben esta casa, que diga nun Pleno da Corporación Provincial, eu me sinto alagado, supoño que o Presidente tamén e todos os membros do equipo de goberno, que vostede diga que esta casa é transparente e que se fan as xestións en base a que todo o mundo poida coñecer, e vostede o acaba de dicir aquí, que todos os membros deses organismos, pois coñecían en profundidade, e que nunca houbo ningún tipo de problema na xestión de certos departamentos. Bueno, pois nós vamos a continuar nesa liña, nesa dirección, vostede sabe que nos servizos correspondentes onde se incluían cada un destes organismos seguirá habendo, esperemos, a mesma eficacia, a mesma transparencia, e por suposto a austeridade que é o que perseguimos. Miren, eu lle digo que só con todas estas medidas que tomamos estamos a falar de máis de un millón de euros, polo tanto, bueno, pois eu creo que un millón de euros pois é moito diñeiro dentro dun presuposto, para ser a primeira iniciativa que temos e para ser a primeira proposta que temos, que lle adianto xa, que nos próximos presupostos se contemplará algunha máis. Polo tanto nós vamos a seguir nesa liña de austeridade e máxima transparencia, e xa lle adianto que, bueno, que vamos a continuar, non vamos a quedar única e exclusivamente nestas medidas, que son importantísimas, pero que esta casa, bueno, pois analizando partida a partida, seguramente, pois, como se di vulgarmente pois poderemos meterlle o lápiz ou o borrador a cada unha das partidas, unha a unha, e creo que ese é o traballo que temos que facer dende o departamento económico, ou polo menos esas son as directrices que nos marcou a Presidencia, a persoas que están controlando todos os servizos económicos desta casa, e que esperemos poder concretalas, pois aproximadamente para finales deste mes de outubro, principios de novembro, onde faremos xa un avance do presuposto do ano 2012. Eu creo que vamos no bo camiño, esperemos que esta concreción destas propostas as poidamos facer razoablemente sen menoscabar e sen intentar reducir ningún servizo, porque iso tamén é importante, e polo tanto, vamos a seguir na liña de traballo e de eficacia de cada un destes organismos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. A ver, Sr. Figueroa, vostede liándoa é único, dixen, e repito, que os órganos máis transparentes desta casa son este tipo de organismos, “mutatis mutandi”, o resto da casa é bastante opaca, ben, non me tome vostede a parte polo todo. Son dentro desta casa uns oasis de transparencia que van a desaparecer, e non hai máis que ver en todos os Plenos, os que seguen estes Plenos hai tempo, digo, medios de comunicación ou deputados que están aquí, en que, pedir certa información, que nun organismo destes é automática, pois ás veces tarda un ano, e vir, dous anos, tres anos, ou non se dá nunca, ou non se dá nunca. Entón, eu visto o debate, cada vez estamos máis convencidos que do que se trata é de eliminar participación e transparencia, non é económico, non económica, e tamén toma a parte polo todo, e as medidas que vostedes, que hoxe estamos en discusión aquí, como moito, como moito, como moito, son 100.000 euros, como moito, non se chega a 100.000 euros, e vostede está falando dun millón, mezclando toda outra serie de cousas, pero isto como moito son 100.000 euros. Mire, pois vamos a facerlle a seguinte proposta, en vez de todo o que levan recortado ata agora, se é de un millón, vámolo a poñer nun millón cen, dun plumazo. ¿Como?, mantendo todos os organismos e facéndoos todos gratis, co cal os outros 100.000 euros que pode custar o Patronato Rías Baixas, o Museo ou o ORAL, tamén se fan gratis e nós quedamos cun millón cen mil, e nós quedamos coa transparencia e a participación, de paso, nin máis nin menos, así de fácil, se se quere, senón entendemos que é eliminar esa transparencia e esa participación, é máis, nós, repito, cremos que debía haber máis organismos que controlaran ou que seguiran toda unha serie de cousas, entón se é por reducir estámoslle ofrecendo reducir máis, sen ningún menoscabo e mantendo a transparencia, se vostedes non queren reducir, só podemos entender que o que queren é eliminar a transparencia que existía nunha serie de asuntos nesta casa, como era o IPESPO, ou era, vamos, estes organismos, a Escola de Canteiros ou o que sexa, que hoxe queren suprimir. Entón, se queren aceptar a proposta, eu creo que non menoscaba a ninguén, e si que axuda a que funcionen ben estas áreas sen ningún sobrecuste para esta casa, ó contrario, ampliámola e poñemos todos, ou sexa, mantemos, retiren a proposta e vai coa proposta, ou sexa, matizamos a proposta, ou sexa, retíranse os cinco puntos da orde do día e modifícanse as bases de execución de tal maneira que a asistencia a todo este tipo de organismos sexa gratuíta, ou sexa, que non custe nada para esta casa, ou sexa, en vez de aforrar con esta medida 60 ou 70 mil euros, sumado con todo isto que vostede di, un millón, pasaríamos a aforrar un millón cen, creo que máis colaboración e máis, vamos, proposta máis construtiva para lograr que esta casa aforre o máis posible e sega mantendo estes oasis de transparencia, creo que non se pode facer. Senón a aceptan, obviamente, entendemos o que nós sospeitamos, que agardemos que non sexa así, e se queren eliminar estes oasis de transparencia dentro desta casa, que xa hai poucos, existen estes que son moi positivos e que foron moi positivos cara o funcionamento cara o funcionamento desta, vamos, do IPESPO ou da Caixa de Anticipos ou do que fora, o que se trata é, simplemente, non é de aforrar, senón de eliminar estes oasis de transparencia. Se queren aceptala nos parecería espléndido, ofrecemos na toma de posesión a nosa colaboración para o que se poida pactar, os reaxustes de gasto desta casa, contarán con nós, e seguimos, e seguimos nesta liña, e agardemos, agora, o que non conten con nós para eliminar estes oasis. Un chega por exemplo, por poñer un exemplo, chega ó Museo e se entera incluso de que coleccións se van comprar ou non, se hai discusión e demais. Bueno, chega por exemplo a Vías e Obras pide a relación das actuacións que está facendo o Parque de Maquinaria e non llo dan nin nun ano, non llo dan nin nun ano; un na Escola de Canteiros entérase de que obras se están facendo, canto van cobrar, digo os alumnos, canto se lle indemniza, non sei canto; pide, non sei, os campos de fútbol de herba sintética que se están facendo e lle tardan dous anos en darllo, se llos dan, ¿entende?. Un vai ó IPESPO e se entera de que, e vota a favor de que se saquen as parcelas a licitación, de que non sei que, que se unha se descontratou, outra se contratou, se quedou deserta ou o que sexa. Pide a relación de persoal que se contratou non sei cando e non se lle dá nos catro anos, ou sexa, vostedes o que queren é eliminar estes organismos que xa digo, son as, vamos o máis transparente que hai, e que por certo lle está funcionando moi ben á casa. Polo tanto, a vostedes que están gobernando, vostedes que están gobernando, lle están funcionando de maravilla os organismos, entón o único que se pode entender dende logo non é por aforro disto, isto é por cercenar estes organismos que son, de transparencia e de participación, do mellor que ten esta casa, eu repito, entón se é por aforrar estámoslle propoñendo aforrar máis do que vostedes din, pero manteñan estes órganos de transparencia e de participación, que están funcionando ben, e que non están gravando esta casa, e que poden gravar aínda menos, e que se pode aforrar máis. Creo que se, en fin, se o motivo non é estrictamente o de cercenar as, vamos, as posibilidades de participación e de transparencia e de colaboración, non se entende, non se entende, aí está enriba da mesa a nosa proposta, se é por aforrar, aforremos aínda máis, pero manteñamos a transparencia e a participación, que nestes momentos ofrecen estes organismos, e a colaboración na boa xestión deles, e a colaboración na boa xestión, todo iso xunto. Creo que a oferta, ou a proposta, creo que está bastante clara, senón se acepta pois lamentarémolo, non vemos capacidade nin preocupación por recortar, din, capacidade de diálogo e de colaboración para executala, pola nosa parte toda a que queira. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Santos Héctor. Debería ir pero non quere. Agora vai. Sr. Rodríguez Díaz.- Ben, o Grupo Provincial Socialista si coñecemos perfectamente as contas, e precisamente porque as coñecemos é a nosa preocupación, e así o expuxemos na primeira intervención. Sabemos, pois, que ó mellor non é o fondo, porque o fondo é que realmente foi un organismo, o IPESPO, pois que non cumpriu os seus fins e que tras sete anos foi un fracaso absoluto, esa é a realidade, por entrar en gastos, había dúas persoas adscritas aí, sabemos o que cobraban e tamén sabemos o que facían, que era pouco. Pero en todo caso o fondo e a ineficacia total deste organismo durante sete anos, eses pobres resultados que é do que estamos a falar hoxe, uns pobres resultados. E dende aquí insistimos, insistimos, e nesta segunda intervención o planteamos, o polígono de Curro en Barro, a pregunta é ¿en que situación de legalidade se atopa agora mesmo?, porque tiña que estar construído no 2008 e se segue a estar construíndo nel pois tres anos despois, e, sabemos tamén que hai pleitos pendentes con comunidades de montes e outros. Polo tanto, é o que estamos a pedir, que se coñeza, que se diga aquí, para que na súa disolución teñamos toda esa máxima transparencia que aí pedíamos, porque aquí o que estamos a pedir é que se sexa eficiente, e no IPESPO agora mesmo está demostrado que non o son nin o foron. E para todos os organismos, e IPESPO tamén, os traballadores e traballadoras destes organismos e tamén os concellos desta provincia deben coñecer como vai a quedar isto, como se vai a traballar unha vez que estean disoltos estes organismos para que sexan efectivos. E, ¿que repercusión, insistimos, vai a ter nos presupostos da Deputación do ano 2012?, porque podemos ter os datos da conta xeral pero non temos os que están pendentes, non é, Sr. Presidente, desconfianza, simplemente coñecer, seguro que está todo ben, pero polo menos coñecer esa realidade. Nós, na coherencia se apoiou a creación deste organismo fai uns anos, fai sete anos, e tamén en coherencia, por isto que acabo de expoñer, e estamos a pedir a súa eliminación, unha eliminación, insisto, con reservas, con cautelas e esixindo coñecer a súa realidade económica e tamén o seu futuro legal. Está ben exposto os pasos a dar, que son os dos estatutos, os que a Deputación tamén esixe, pero eu creo que non só este Pleno, senón os traballadores e traballadoras de todos estes organismos, e tamén os concellos deben coñecer toda esa realidade. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Eu creo que está todo perfectamente debatido. Sr. Mosquera, nós non temos ningún tipo de problemas nesas cuestións, é dicir, polo tanto vamos a seguir traballando na dirección da austeridade e pouco a pouco intentando que os servizos desta casa funcionen o mellor posible, dentro desa austeridade, e tamén avanzamos que vamos a seguir adoptando medidas na austeridade porque é o que consideramos que é o máis correcto, o máis idóneo, e nesa dirección vamos a traballar. Con respecto ó IPESPO eu creo que se fixo un magnífico traballo, agora mesmo hai aí preto de dous millóns de metros cadrados de solo industrial, hai unhas situacións xurídicas, que bueno, que se terán que ir resolvendo, como na maior parte dos desenrolos industriais que temos en Galicia, non sei por que, pero sempre hai algún problemilla, pero o importante é que o traballo que se fixo e a aposta que se fixo, se fixo dunha maneira correcta, e cando a situación de crisis pois se resolva, pois hai que pensar que hai, pois, preto de dous millóns de metros cadrados de solo industrial, que serán moi importantes para toda a provincia de Pontevedra, e dunha maneira especial para a área de Pontevedra e o seu entorno. Polo tanto, eu creo que hai que felicitar ese traballo, esa decisión que se tomou, e que agora, bueno, pois a crisis afecta a todos e dunha maneira especial pois ó desenrolo de polígonos industriais. Pero nós estamos totalmente convencidos de que se fixo un bo traballo, e bueno, pois os datos están aí, onde corroboran pois esta situación. Sr. Presidente.- Moi ben. Bueno, pois escoitado xa neste caso ós tres portavoces, ante a proposta neste caso do Sr. Mosquera, que haberá que votar, proposta que en principio vai na liña que dalgunha maneira marca o grupo de goberno, porque quere cumprir fielmente o que nos comprometemos, unha vez que este goberno deste novo mandato empezou a funcionar, propuxéramos a disolución de todos estes organismos que a Deputación tiña e que en principio entendíamos que podía haber un aforro importante. Polo tanto, como o Sr. Mosquera fai unha proposta e a nós, a min e a este grupo provincial do Partido Popular tamén nos gustan os retos, polo tanto, queremos plantexar que ese reto que nos propón neste caso o Sr. Mosquera, por parte do Grupo do Partido Popular aceptamos ese reto dunha diminución total de cobro, neste caso, por asistencias, tanto de todos os cargos públicos como de funcionarios, a todos e cada un dos Patronatos que teña esta Institución. Polo tanto, xa ve que non hai ningún tipo de problema en que haxa transparencia, absoluta, non a vamos a manter senón que a vamos a ampliar, e nese sentido, xa digo, esta iniciativa parte deste grupo de goberno porque xa a planteou no seu día, se suma ademais o Bloque Nacionalista Galego, que me parece razoable a proposta que neste momento fai o Sr. Mosquera, e polo tanto, se así o acordamos así poderemos empezar a funcionar, con ese horizonte, de que a partir de agora quedan polo tanto en funcionamento pero sen ningún tipo de retribución económica para ningún cargo público nin funcionario. ¿De acordo?. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Unha cuestión, como hai tamén membros que non son políticos nin funcionarios, eu creo que para todos, é dicir, o que queira participar nos organismos que o faga con absoluta austeridade e colaboración, eu creo que é a medida mellor que podemos adoptar todos, e polo tanto, que nadie cobre en ningún organismo e que os organismos se segan mantendo. Temos que ver as figuras, de se hai algún xerente ou non, bueno, pois loxicamente iso haberá que analizalo, que non o hai, de momento están todos suprimidos, e se fora necesario polos Estatutos, bueno, eu supoño que iso sería algo que, como é unha parte puramente profesional e técnica, habería que analizalo en cada un deles, o ORAL, loxicamente. Sr. Presidente.- Iso xa se entende que no que está establecido … Sr. Figueroa Vila.- Pero o que si está claro, e que quede perfectamente claro, que non vai haber retribución para nadie, absolutamente para nadie, extra, é dicir, para nadie, se queda así, que quede contemplado. Sr. Presidente.- No concepto de asistencias, no concepto de asistencias, ¿estamos de acordo, Sr. Mosquera?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Alégrome de que, alegrámonos de que se adoptara esta medida, quería incidir no seguinte matiz, a nós gustaríanos, nas mesmas condicións, ou sexa, que non se cobre, que se os Deputados cobramos por asistencias a Comisións e a Pleno, polo tanto estes organismos digamos que é a maiores, non pasa nada, que nas mesmas condicións se contemplara a posibilidade de crear algún máis, é o que dixen antes, pero bueno non é o obxecto deste acordo agora. Sr. Presidente.- Non hai ningún problema, a min gústanme os grandes retos, pero non metamos tanto no saco, non vai ser que rompa o saco e, vamos administrando por … Sr. Mosquera Lorenzo.- Correcto, grazas e felicitarvos por aceptar a proposta que cremos que vai ser boa para esta casa, vai ser boa … Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, xa estamos máis cerca, me comprende ben, estamos máis cerca, exactamente, xa estamos máis cerca. D. Santos Héctor, adiante. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente, moi breve. Sr. Presidente.- Dona Isaura lle di que apoie, non sei … Sr. Rodríguez Díaz.- Nós estamos de acordo que non se cobre nestes organismos autónomos, e, dúas preguntas, a primeira é, ¿pero disólvense, non se disolven, que vai a pasar?. Sr. Presidente.- Se manteñen sen ningún tipo de retribución a cargos públicos. Sr. Rodríguez Díaz.- Ou sexa. ¿que non disolvemos estes organismos?. Sr. Presidente.- En principio parece ser que, o Sr. Mosquera di que vamos a ser igual de operativos e vamos funcionar con transparencia, polo tanto se manteñen, se manteñen pero non hai ningún tipo de retribucións. Sr. Rodríguez Díaz.- Home, vamos a ver, vamos a ver, Sr. Presidente, nós non vamos a facer un cabalo de batalla disto, pero cando vostedes presentaron no Pleno de organización, venderon a eliminación disto como un aforro, como tal, en fin, eu creo que é pouco serio, nós estamos de acordo en que se manteñan pero insistimos en que teñen que ser eficaces. Eu, me parece que isto así a bote pronto, nun Pleno, onde vostedes traen catro puntos para disolver, onde celebramos as Comisións para disolver, e aquí sen máis reflexión que esta deste Pleno, me parece cando menos unha ocorrencia. E segundo, estando de acordo con que os cargos públicos non cobren aí, nin os cargos de confianza, eu o que si diría que os traballadores e traballadoras da Deputación que o teñan regulamentado pois ou ben non seu convenio, o teñan regulamentado, que eles si perciban esas indemnizacións por asistencia e por cumprir con ese traballo. Sr. Presidente.- Si, Sr. Figueroa. Por favor. Sr. Figueroa Vila.- Vamos a ver, nós temos claro que aquí hai un obxectivo fundamental que é a austeridade e o recorte presupostario no gasto, polo tanto entendemos que ese traballo se vai facer a maiores, non vai a cobrar absolutamente nadie, porque senón non tería ningún sentido, e desa maneira se fai nos servizos correspondentes. A proposta do Sr. Mosquera en aras de que nós entendemos que ese traballo hai que facelo neses programas de cada un, sexa nun servizo ou sexa nun organismo autónomo, o obxectivo fundamental é que custe cero ás arcas provinciais, é na que estamos, polo tanto, non, eu o único que poría en dúbida e deixaríamos a posibilidade daquelas persoas que veñan de fóra, ó mellor por un organismo, é dicir, sobre todo as asociacións empresariais que hai representando, algo, que ó mellor lle podamos pagar pois o quilometraxe, para que non teña un gasto a maiores, é dicir, se vén unha persoa pois de Vigo, ou vén de Tomiño, ou vén de Tui, home, que non lle custe ter que vir aquí a un representante veciñal ou un representante dun colectivo, a min me parece que ata aí podemos chegar, pero como un tema moi puntual. Polo tanto, nós entendemos que neste tipo de organismos é como un servizo máis, se van a celebrar esas xuntanzas, pero esas xuntanzas teñen custe cero para as arcas provinciais. O tema dos representantes de colectivos de asociacións, etc., etc., etc., bueno, a min, home, vamos a ver, que unha persoa que ten que facer ó mellor 40 ou 50 quilómetros e teñan que pagar unhas peaxes, home, pois que o poida pagar a dieta correspondente e se acabou, e nin iso, eu creo que nin iso, pero bueno, iso estudariámolo. Sr. Presidente.- Bueno, eu creo que non vamos a debater máis. Sr. Mosquera, falou moito hoxe, e ademais non ve que vamos da man, entón vamos a ver se quedamos ben en todos, senón non vamos a rematar. Eu lle diría que a comisión provincial dos Portavoces dos tres grupos vamos a traballar neste ámbito, pero xa queda claro dende hoxe mesmo, que a partir de xa mesmo, quedarán dalgunha maneira operativos pero sen ningún tipo de retribución para, neste caso, cargos públicos, funcionarios, etc., excepto o tema que se falaba e que me parece acertado por parte do Sr. Figueroa, en relación ó tema de desprazamentos de persoas que non pertenzan a esta Institución, e que en todo caso haberá que analizar ese tema de desprazamentos. Pero bueno, como se vai a traer aquí no próximo Pleno, porque hoxe queda, dalgún maneira, quedan encima da mesa e se van, dalgunha maneira, a traer a proposta xa definitiva no próximo Pleno. ¿Estamos de acordo, verdade Sr. Mosquera?. Hoxe quedan todos encima da mesa con esa proposta que se vai traer ó próximo Pleno, onde os tres Portavoces dos tres grupos políticos van a definir definitivamente como van a quedar constituídos, con ese acordo xa iniciado e definitivo de que non haberá ningún tipo de retribucións. Si, ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, perdón, fixen antes a proposta igual … non foi moi concreta, ou sexa, o asunto sería, quedan enriba da mesa, ou sexa, queda en suspenso a súa tal, e modificar as bases de execución do orzamento onde pon que por asistencia non, evidentemente se un Deputado ou Deputada ou un representante dun hotel ou do que sexa, do sector que sexa, ten que vir dende Vila de Cruces ou ten que vir dende Covelo, obviamente, eu non me metín niso, o que me metín é en asistencias, outra cousa son indemnizacións por quilometraxe ou o que sexa, iso na base de execución do orzamento, eu creo que son 196 euros ou unha cousa así, por asistencias, pois suprimilo. E ós funcionarios acomodarlle funcións, é dicir, mire, vostede ten a responsabilidade disto, e facelo, non creo que haxa especiais problemas, esa é a proposta, entón con retiralo hoxe xa está, despois o que hai é que arreglar o outro, da, vamos, da modificación das bases de execución máis a outra, que se cadra non se dá este ano, porque se cadra a modificación da base de execución leva unha exposición de 20 días, bueno, é igual, é botala a andar o ano que vén, a decisión política creo que está clara e demais. Sr. Presidente.- D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, eu insisto, se o Sr. Presidente quere retirar estes puntos do día e tratalo noutra sesión, pois ordinaria ou extraordinaria, como vostede entenda, e iso non quere dicir que nós, o Grupo Provincial Socialista, non estea a favor de que non se cobre, pero eu creo que iniciado o proceso de disolución destes organismos, cando vostede no seu discurso de investidura, fíxoo un eixo do seu discurso, da súa austeridade, a disolución destes organismos, vostede, Sr. Presidente, non pode aquí neste Pleno facer o que fixo, porque este é un paripé, é un paripé, pode facer o que queira, nós non vamos votar este paripé, pero si estamos de acordo en que se supriman, dos cargos políticos, falo dos cargos políticos, que se supriman as compensacións por asistencias. Pero o que si, que isto cando vostede o propón, nós estamos de acordo coa disolución, vostede non pode vir agora con este paripé, e digo máis, e digo máis, porque aquí entón o seu discurso non tivo, o mesmo que falla nisto pode fallar noutras de austeridade, nós aquí estamos a falar de eficacia, estamos a falar de eficacia, estes organismos non son eficaces, salvo que ó mellor no IPESPO teñamos que seguir mantendo eses dous salarios que falei na anterior intervención miña, porque entón si que non vai ser reducir custes, porque está claro que se disolven os organismos, se integran aquí, moito dese traballo se vai facer con traballadoras e traballadores da Deputación, e si se reducían custes importantes, eu creo que non é o aforro das asistencias a esas comisións ou a eses padroados dos organismos, senón que é no outro lado onde está o aforro. Primeiro, que sexan eficaces, que non leven sete anos sen facer nada, como o IPESPO, e segundo na propia plantilla, porque nós si queremos saber, Sr. Presidente, como vai a quedar iso cando aquí vostede di que non se disolven, senón se disolven queremos saber como vai a quedar iso, como vai a quedar iso, nós non vamos a votar este paripé, pero si, punto primeiro, estamos de acordo que os cargos públicos non cobren por asistencia a estes padroados, totalmente de acordo. E segundo, que se trate noutra sesión, así nos parece que non é razoable nin é serio que se traia desta maneira aquí. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Bueno, dicir que o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Popular estamos de acordo, polo tanto, se o Partido Socialista non está de acordo pois alá el, nós vamos a intentar facer máis con menos, ou como mínimo o mesmo, polo tanto, vamos a, pedindo ademais, nesa liña do que dicía o Bloque Nacionalista Galego, de transparencia, que está esta casa dando en relación ó funcionamento dos mesmos, había uns gastos, cuestión que vostedes na súa cabeza a palabra crisis económica aínda non lle entrou, porque evidentemente son os causantes da mesma a través dun señor que se chamaba, ou se chama aínda, Presidente do Goberno, Sr. Rodríguez Zapatero. Polo tanto, o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Popular estamos de acordo, vamos a proceder á votación deste punto, onde propoñemos, neste caso, deixalo sobre a mesa, e vano a debater, coa súa invitación, coa invitación, que invitamos tamén ó Partido Socialista para que no próximo Pleno, os Portavoces previamente se poñan de acordo, e xa traian a proposta definitiva, no cal vai incluído, como digo, a eliminación de todo gasto para dietas a todos os cargos políticos que están neste organismo, nestes organismos. ¿Estamos de acordo Sr. Mosquera?, perfecto. Polo tanto, queda sobre a mesa, porque ademais a proposta parte dende aquí e o Bloque Nacionalista Galego está de acordo. Perdón. Dona Isaura, ten aí un portavoz que é o que lle pode aclarar esta situación. O Partido Popular acaba de facer a proposta, neste caso o Presidente que é quen lles fala, de que propón deixalo sobre a mesa e van os portavoces a traballar neste tema. ¿De acordo Sr. Mosquera?. Pasamos, polo tanto 2, 3, 4 e 5. O Pleno acorda por unanimidade que quede sobre a Mesa o acordo inicial de disolución do Organismo Autónomo Local “Instituto para a promoción e equipamento do solo industrial da provincia de Pontevedra” (IPESPO) e derrogación dos seus Estatutos. 3.6117.- ACORDO INICIAL DE DISOLUCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “CAIXA DE ANTICIPOS DE COOPERACIÓN” E DERROGACIÓN DOS SEUS ESTATUTOS O Pleno acorda por unanimidade que quede sobre a mesa o acordo inicial de disolución do Organismo Autónomo Local “Caixa de Anticipos de Cooperación” e a derrogación dos seus Estatutos. 4.6118.- ACORDO INICIAL DE DISOLUCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA” E DERROGACIÓN DOS SEUS ESTATUTOS O Pleno acorda por unanimidade que quede sobre a Mesa o acordo inicial de disolución do Organismo Autónomo Local “Escola de Canteiros de Pontevedra” e a derrogación dos seus Estatutos. 5.6119.- ACORDO INICIAL DE DISOLUCIÓN DO CONSELLO REITOR DO “CENTRO PROVINCIAL DE ASESORAMENTO MUNICIPAL (CPAM)” E DERROGACIÓN DO SEU REGULAMENTO O Pleno acorda por unanimidade que quede sobre a Mesa o acordo inicial de disolución do Consello Reitor do “Centro Provincial de Asesoramento Municipal (CPAM)” e a derrogación do seu Regulamento. 6.6120.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DA CAÑIZA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS ALTAS NO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA Sr. Presidente.- Pasamos ó punto número 6. Delegación de competencias do concello da Cañiza a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. ¿Algunha intervención?. Se non hai, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. O concello da Cañiza na sesión ordinaria celebrada o día 26 de agosto de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de setembro de 2011 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello da Cañiza para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello da Cañiza, por acordo do Pleno de data 26 de agosto de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. 2. Esta delegación do concello da Cañiza, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello da Cañiza así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello da Cañiza, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 7.6121.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE MEAÑO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS ALTAS NO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA Sr. Presidente.- O mesmo o punto número 7. Delegación de competencias do concello de Meaño a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O concello de Meaño na sesión ordinaria celebrada o día 8 de agosto de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de setembro de 2011 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Meaño para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Meaño, por acordo do Pleno de data 8 de agosto de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. 2. Esta delegación do concello de Meaño, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Meaño así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Meaño, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 8.6122.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE MONDARIZ A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS ALTAS NO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA Sr. Presidente.- O punto número 8, se refire tamén ó mesmo, sobre todo neste caso mantendo esa liña que están tendo os concellos co ORAL, neste caso o concello de Mondariz. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O concello de Mondariz na sesión ordinaria celebrada o día 30 de xullo de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de setembro de 2011 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Mondariz para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Mondariz, por acordo do Pleno de data 30 de xullo de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. 2. Esta delegación do concello de Mondariz, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Mondariz así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Mondariz, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 9.6123.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BNG SOBRE O CONTIDO E PROCEDEMENTO DE APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DO ARTIGO 135 DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA Sr. Presidente.- O punto número 9. Moción do Grupo Provincial do BNG sobre o contido e procedemento de aprobación da modificación do artigo 135 da Constitución Española. Sr. Mosquera, aquí non sei se haberá moito acordo, pero bueno, ten que haber un pouco de todo porque senón non é posible. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. A min admírame, ou estamos francamente contentos, desa maneira de ler as cousas, non, na acta da Comisión aparece que se suprimen cinco organismos, fan a proposta, vótase, nós estamos en contra, e agora resulta que a proposta é súa, de debemos quitala, me parece absolutamente fantástico darlle a volta, pero bueno, se vostede quere vir da man nosa pois non hai ningún problema. Se cadra aquí tamén hai acordo, vaia vostede a saber, vaia vostede a saber. Sr. Presidente.- Todo é posible. Sr. Mosquera Lorenzo.- Diríalle unha cousa, se non houbera disciplina de voto estou seguro de que si, estou absolutamente, estamos absolutamente seguros que si. Bueno, vamos ó asunto que é a moción, que obviamente hai unha situación de crise económica forte e que todo o mundo se ve apretada por ela, e vai tomando decisións, pero non todas as decisións son iguais nin todas teñen o mesmo valor, e ás veces písase a raia dunha maneira clarísima como é neste caso. Despois de estar escoitando durante anos que a Constitución era inamovible, que toda modificación, aquí en Galicia incluso tivemos que escoitar por parte do Partido Popular que o que lle importa á xente é as cousas do día a día, que modificar o Estatuto non estaba na axenda, que o da Constitución moito menos, defensa a ultranza da Constitución como se fora un texto sagrado e inamovible, resulta que cun procedemento, supoñemos que legal, pero estraño e urxente, se fai unha modificación, curiosamente en pleno agosto, para que ninguén se entere, ou haxa, vamos, agosto-principios de setembro, ademais unha modificación que se quere pasar por pouco importante, ou que non ten relevancia, pero que é dende o terreo dos principios e das consecuencias, co tempo, pero vamos, é absolutamente, absolutamente tremenda. En primeiro lugar, si é certo que había tensións da débeda, pero uns datiños así moi simples do volume da manipulación que se fai con isto. A débeda pública do estado español, de todas as administracións, depende dos datos que se collen en xaneiro ou en decembro do ano pasado, a mediados deste ano, pero pode andar no 65,2 do PIB. Italia anda no 119, Francia no 83, Alemania no 83, etc., etc., ou sexa, somos a débeda pública do Estado Español, de todas as administracións, é das máis baixas da Unión Europea, creo que só Holanda e Dinamarca están por debaixo, con eses datos, por moito que se maquillen, como 20 puntos por debaixo, 20 por debaixo da media. Obviamente non é o problema da débeda pública, si pode haber tensións de déficit, que as había, pero non ó extremo de xustificar o que se fixo, en todo caso, en todo caso, o que si hai é un problema moi grave de débeda privada, débeda externa privada. Os bancos e as grandes empresas deben algo así como catro veces máis que toda a administración, deben fóra, débeda externa, deben como catro veces máis que toda a administración, aí hai un problema, pero entón parece que hai a suposición por parte do que chaman mercados ou por parte da UE ou por parte de quen sexa, de que as administracións públicas que teñen unha débeda bastante contida e un déficit que está en vías de reconducirse, pero tampouco …, vamos, alto, pero tampouco especialmente preocupante, teñen que facerse cargo das débedas que teñen os bancos fóra, ese é o eslabón que crea este tipo de problemas. Bueno, tan é así que na modificación, eu creo que a Constitución con esta modificación deixa moi claro quen é a fracción do capital dominante, e tan o deixa claro e tan está feito á medida que, mire un detalle, a política que acordaron no G-8 e no G-20, a finais do 2008, sería anticonstitucional nestes momentos, a política que acordaron todos, Reagan, ¡oh!, perdón, Buhs, Obama, que aínda non entrara, que foran os dous, etc., as que acordaron alí hoxe sería anticonstitucional no Estado Español, ou sexa, facer unha reforma da Constitución, que pecha que se poidan facer políticas, que era a que se dicía que había que facer no mundo hai dous anos e medio, é unha auténtica tolería, é unha auténtica tolería, non ten pés nin cabeza, e se mañá pois colle Angela Merkel, os seus mercados, estao dicindo a Presidenta do Fondo Monetario Internacional, hai que adoptar medidas de estímulo, e resulta que había que modificar a Constitución, bueno, é unha auténtica tolería o que se fixo. Obviamente defender políticas neoliberais, políticas do beneficio-sistema financeiro, etc., é lexítimo como é defender outras, pero na Constitución non pode quedar amarrado que só se poden facer unhas. De feito todas as políticas que se fixeron nos estados capitalistas dende o ano 1930, o 90%, serían anticonstitucionais, a que fixo Helmut Kohl, a que fixo Buhs pai, a que fixo, todas serían anticonstitucionais, quitando as de, as actuais de Alemania, as actuais dende hai uns meses, ou no seu momento as de Thatcher, Reagan ou Pinochet. É un delirio facer unha reforma da Constitución así, apresurada, para facer algo dese tipo que xa veremos como resulta. Pero se hai algunha dúbida, se hai algunha dúbida, aquilo da igualdade dos cidadáns ante a Lei, no seu artigo 3, o 125.3, pásaa, falando en prata, polo forro, polo forro. Nestes momentos unha administración pública ten unha prelación de pagos, e a prelación de pagos é, primeiro o persoal, despois sentenzas xudiciais firmes e despois provedores, provedores en principio todos tratados igual, ou sexa, o que prové cartos porque os presta é igual que o que fai unha obra, ten o mesmo dereito a cobrar. Bueno, pois aquí con esta reforma deixa clariño que non todos son iguais, a prioridade absoluta, di que terán prioridade absoluta o pago da débeda e dos xuros, a igualdade dos cidadáns ante a Lei, e neste caso dos empresarios, por dicilo dalgunha maneira, pasada por certo sitio, ou sexa, se un provedor desta casa, do Estado, dun concello, dunha autonomía, resulta que prové a esta casa de dez millóns de euros en obra, pasa detrás á hora de cobrar, non ten os mesmos dereitos á hora de cobrar de se un lle prové a esta casa de dez millóns nun crédito. Vale. Antes xa sabíamos, non, hai moitos anos, que había clases que eran intocables, xa tiñan uns privilexios de nacemento, aínda segue habendo algo por aí, pero dende que existe iso da igualdade dos cidadáns, ante a Lei formalmente todos eran iguais, pois non, non, resulta que prioridade absoluta. Ben, a min gustaríame saber ou sexa que, se visto isto, digamos os provedores, os empresarios, vamos, da economía produtiva que provén a administración pois se senten igual ante a Lei cando á hora de cobrar vai ser prioritario o que faga outro tipo de servizos. É un disparate, é un disparate poñer isto nin máis nin menos que na Constitución, nin máis nin menos que na Constitución, ou sexa, poñer patas para arriba o sistema de valores que consagra a propia Constitución, é como se, bueno, pois, vamos, se se pon noutra escala todo o mundo se botaría as mans á cabeza, é que un traballador da banca terá prioridade á hora de conseguir unha beca sobre o traballador de non sei que, están mal da cabeza, todo o mundo estará en igualdade de condicións, non, pero á hora, á hora de exercer a actividade empresarial resulta que pasa a ter prioridade absoluta e os dereitos non son iguais para un que para o outro. Estamos no terreo dos principios, señores, iso é moi grave, é moi grave, é moi grave, que fora certo xa na práctica, pois algo había, pero pasar ó terreo dos principios, de que resulta que se Citroën España lle vende a esta casa, por poñer un exemplo, lle vende a esta casa por x tal, non lle paga e dille, non, non che paguei porque tiña prioridade o outro, tiña prioridade o banco para cobrar antes que cobrar ti; ou a empresa de construción x, é un auténtico disparate, e obviamente non se quixo facer un referéndum ou ben unha participación pública elevada porque estas cousas explicadas, entidades, como que son un pouco ásperas, como que son un pouco ásperas, váialle vostede explicar a un provedor desta casa, e lle di, mire, se esta Deputación ten que ordenar os pagos, prioridade absoluta, acábano de dicir, que é pagar a débeda, e, ¿non me pode pagar a min?, ¡ah!, vaia a onde queira, por outra vía, non, o outro ten prioridade, o outro é prioritario, ten dereito de pernada vía constitucional nin máis nin menos. Esta é a situación, xa por non falar despois, xa por non falar despois da autonomía financeira das administracións, que non sexa do Estado, queda laminada, bueno, toda unha serie de cousas, pero é que afecta a principios que son sagrados no noso ordenamento xurídico, ou de calquera país que se chame civilizado, afecta a principios dese calibre, iso é grave e non se poden facer as cousas con estes nervios, cambiando o texto, a Lei de Leis, e todas esas cousas que hai inamovibles para saír do paso desta maneira, que non se saíu de nada, obviamente que non se saíu de nada, pero porque o Sr. Trichet, ou quen fora, ocorréuselle dicir que había que cambialo porque senón a el non lle daba a gana de actuar e xa está. Ou sexa, aquí as Constitucións, os textos, non, en principio, que reflexan a soberanía popular, etc., cámbianse ou póñense, o que se lle ocorre poñer teoricamente a un funcionario, porque se lle ocorreu que senón dicía outra cousa. É que nin pola orixe nin polo contido, ese é un auténtico disparate conceptual, e cando estamos no terreo dos principios hai que ter moito coidadiño porque isto ten graves consecuencias, e cando se saltan despois non se sabe a onde podemos chegar. Isto é un disparate, é máis, estou convencido que a maioría de vostedes se realmente votaran, non por disciplina de partido, senón pola súa idea, polo como ven isto, votarían a favor da moción, non o agardamos porque xa sabemos que funcionan as mecánicas de partido, pero bueno, igual nos levamos unha sorpresa, igual nos levamos unha sorpresa. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, vostede sabe que aquí hai xente que ten capacidade de pensamento propio e polo tanto non necesitamos iso, pero non coincidiremos, entendemos que non se pode gastar máis do que un ten, Sr. Mosquera, e hai outros que non entenden ese principio, non, e polo tanto nós ese tema o temos claro. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, eu sobre esa última afirmación Sr. Presidente, está ben que o diga quen ten un déficit do 104%. Bueno, referíndonos á moción, dende o Grupo Provincial Socialista non vamos a entrar nesa cuestión, que é unha cuestión eu creo que demagóxica, todos sabemos que estamos nun momento complicado, que esixe medidas, medidas como neste caso, extraordinarias, e como foi modificado o artigo 135 da Constitución, é unha modificación legal, cumpríronse todos os procedementos establecidos pola Constitución Española, É dicir, que este propio artigo ten que ser desenrolado, ademais non pon un teito explícito como se, número concreto, como se fala no inicio do seu trámite, senón que terá que ser fixado por unha Lei orgánica que fixará o déficit estrutural básico para permitir ó Estado e ás propias Comunidades Autónomas, non, polo tanto é unha reforma que o que vén é a garantizar pois que poidamos soster, unha sostenibilidade económica e unha sostenibilidade social, que como digo é unha medida extraordinaria, pero que tamén foi tomada noutros países e é o que tocaba, con responsabilidade, facer nese momento. E o goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero a tomou, e neste caso, pois, por unha vez, por unha vez, o propio Partido Popular tamén apoiou esta medida. Nós vamos a votar en contra desta moción, como non pode ser doutra maneira, polo xa exposto. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. A verdade é que parece que o que está falando ou o que acaba de falar non pertence ó Partido Socialista, non, porque se revisamos un pouco os datos, hemerotecas e tal, o Sr. Rubalcaba, que votou forzadamente, que el non o faría así, despois si houbo algunhas grietas notables no Partido Socialista, que non votaron, se ausentaron, verdade. Entón, escoitándoo a vostede parece que iso non existiu, pero foi certo, foi certo que houbo algúns que non votaron, dixeron que non lle gustaba, despois dixo o señor candidato á Presidencia do goberno que el non o houbera feito así. Sen embargo, vostede di, non se sabe se vostede é liña Zapatero, Rubalcaba, ou pertence a unha cousa intermedia ou mixta. A verdade é que teñen discurso para calquera cousa, en función de cómo veña o día adaptámonos ó asunto e veña, vai, non hai problema, vostedes a verdade é que niso teñen unha facilidade dalgunha maneira salientable para adaptarse a calquera tipo de terreo, dá igual, o que dixeron onte xa esqueceu, ó mellor hoxe din xa outra cousa, aínda que sexa totalmente distinta, non pasa nada. Así é que o outro día tocou o arrebato a Rubalcaba e díxolle, oe, todos temos que ir en contra dos recortes do PP, entón saíron Pachi Vázquez, o de Valencia, o outro, o outro, contra os recortes sociais onde goberna o PP, e resulta que cando fixo os recortes Zapatero non saíu ningún socialista dicindo iso, sacoulle o 5% ós funcionarios, conxelou as pensións, e non saíu nadie, e sen embargo agora, que é a hora da verdade, cando hai que facer as cousas e antes habíaas xa feito o Partido Socialista, con extrema gravidade, claro está, pois resulta que eses que agora lle mandaron tocar a relato non saíron, algún a cara era un poema, cando tiña que dicir, saír a criticar dalgunha maneira as cuestións do Partido Popular, neste caso cuestións de decisións que hai que tomar e que son difíciles, pero que hai que tomar por sentido común. Polo tanto, Sr. Figueroa, ten vostede a palabra, eu quería darlle a réplica a D. Santos Héctor porque creo que era conveniente, ten vostede a palabra. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, pois, Sr. Mosquera e demais membros da Corporación, cando se obriga case a un cambio nunha situación económica pois delicada no noso país, se obriga a que con este acordo pois definamos o mesmo futuro de estabilidade presupostaria para todos, e claro, isto vén dado porque a situación económica é a que é. Mire, hai datos que son os que son, cinco millóns de persoas sen emprego, un desemprego xuvenil por riba do 45%, unha economía estancada cunha débeda de máis de 700 mil millóns de euros, e 21.500 millóns de euros de intereses, a renda dos españois en niveis do 2004 e con recortes sociais, unha gran desconfianza na economía española, para as economías domésticas unha subida da luz do 60% dende o 2004, e do gas do 15%, subiu o IRPF en máis de dez millóns de contribuíntes, subiu o IVA, un imposto que pagamos todos sen distinción, se suprimiron axudas como a dos 400 euros, máis de nove millóns de persoas que sobreviven con menos de 6.000 euros ó ano, e o índice de exclusión social creceu máis do 7% en dous anos. Todo isto provocou unha destrución de empresas e autónomos que nunca se produxo na historia de España, 400.000 empresas e 375.000 mil autónomos menos que no ano 2008. Nunca nunha época houbo máis parados, case 2.000.000 de desempregados que non reciben ningunha prestación, bueno, e lle podía seguir con máis situacións puntuais do que vive a economía do noso país. E por iso, era necesario, era necesario ese cambio da Constitución, para que con este acordo pois se faga un mandato constitucional da disciplina presupostaria, e con este acordo definimos loxicamente o futuro da estabilidade presupostaria para España. ¿E que aporta, que garantías aporta esta reforma?. Pois asegura unha maior transparencia do goberno, evita que se trasladen ás futuras xeracións as consecuencias dos excesos presupostarios, facilita o financiamento da economía española, aportando recursos para o crédito bancario e fiabilidade para aqueles dispostos a investir, converte a España nun actor de estabilidade da zona euro, e sobre todo garantiza a viabilidade financeira dos servizos e prestacións públicas que compoñen o noso estado do benestar. En definitiva, se constitucionaliza o principio de estabilidade presupostaria, e creo que isto é fundamental para que teñamos un límite de déficit público estrutural; se limite o déficit público nas administracións públicas e se impida que na elaboración dos presupostos se supere este límite de déficit e se impoñan as marxes de execución presupostaria. Eu creo que ó fixar un límite máximo de deuda pública no conxunto das administracións públicas, se acorda os valores de referencias europeos, que é tamén unha das máximas que temos que ter, esa referencia europea. Eu creo que con todos estes argumentos son máis que suficientes para, loxicamente, bueno, pois estar a favor desta modificación da Constitución, e sobre todo porque garantiza tamén a viabilidade do sector público e sobre todo da defensa do benestar que é o que perseguimos. E dunha maneira clara e concreta evitar o excesivo déficit e o endeudamento público, que volvan a traducirse en recortes sociais como se está levando a cabo. Podíamos ter máis argumentos, pero a nós o que realmente nos preocupa é a primeira parte da miña intervención, ¿como está a situación do país?, que ó final no día a día das familias, das empresas, é o que realmente nos ten que preocupar, e as administracións temos que dar exemplo de boa xestión presupostaria, de eficacia, de eficiencia, de bo traballo e creo que nesa medida é no que estamos traballando, nós na medida das posibilidades que esta casa poida colaborar, xa mira vostede Sr. Mosquera como facemos tamén un esforzo de consenso, de diálogo, de busca de, de encontro, se vostede presenta e nós entendemos que as propostas que se fagan nesta Corporación son boas para intentar ter criterios de austeridade, que o déficit público sexa o menos posible e que nos endeudemos o menos posible, vamos a traballar nesa dirección, e proba, bueno, vostede dirá, un millón de euros pois significa moi pouco dentro das contas xerais, pois un millón de euros nesta casa é importante, sobre todo hai que trasladarlle á opinión pública pois esa sensibilidade, e nós vamos a seguir traballando en todas as medidas que sexan favorables para o país, e sobre todo dunha maneira especial para eses cinco millóns de parados, que eu creo que é o que nos ten que preocupar realmente a todos de verdade, porque a min me parece que é a maior frustración que pode ter un ser humano, estar na súa casa sen poder traballar, ter ganas de traballar e non poder facer un labor, un traballo digno, e que loxicamente pois repercuta no seu benestar, na súa satisfacción persoal, no seu ego, en todas as cuestións que afectan puramente e directamente á persoa. E eu creo que temos que traballar todos nesa dirección, ¿pode haber outras medidas?, seguramente que pode haber outras medidas que poidan complementar a estas, pero estas para nós consideramos que son necesarias, imprescindibles; e o tema da estabilidade presupostaria, que tanto debatemos e que tanto falamos moito, ás veces que queda en nada, eu creo que con esta medida se concreta, e ademais, eu creo que trasladar tamén unha mensaxe clara á cidadanía, de que todos temos vontade de facer as cousas ben e intentar pois articular o mellor posible as políticas económicas de cada unha das administracións. Ás veces, vostede sabe que esa sensibilidade que se poida trasladar ó cidadán de a pé é moito máis importante incluso que as medidas efectivas que se poidan contemplar. Polo tanto, nós vamos a votar en contra desta Moción e vamos a respaldar a proposta do noso partido, da modificación da Constitución, como así foi votado no Parlamento Nacional. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Moi brevemente Sr. Mosquera, porque eu creo que a cousa non dá para moito máis. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Como que iso que non dá para moito máis vamos a deixalo, vamos a deixalo. Mire, … Sr. Presidente.- Xa lle digo que, non dá para moito máis porque no Boletín Oficial do Estado do martes 27 de setembro xa saíu publicado, polo tanto non, para non perder moito tempo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Efectivamente, si, vale, vale, vale. Non lle podo agradecer o desprezo porque, en fin, xa sería excesivo. Sr. Presidente.- Hai que ser realista, ¿non?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Home, de facer as cousas ben, estes debates son así de absolutamente curiosos porque sae de todo tipo. Mire, o outro día, púideno mirar, aparecía a información de que as capitais de provincia menos endebedadas do Estado son Bilbao e Pontevedra, ¡oh, sorpresa!, ¡oh, sorpresa!, ou sexa, cando teñen que xestionar directamente resulta que os paladíns, os paladíns do déficit escaso son os que teñen máis. Sr. Presidente.- Iso teríamos que facer un debate aí un día. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, non, non, son datos contrastados, non se preocupe. Sr. Presidente.- Porque a moto véndese rápido pero despois hai que encendela. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, son datos oficiais, polo tanto, non é tal, pode haber outras cidades grandes que non sexan capital de provincia, que poden estar …, poucas, curioso, curioso, agora as máis endebedadas son os paladíns do recorte do déficit e demais. Pero mire vostede, resulta que ese teito do 60% da débeda, do PIB, é o 3% do déficit, está en Maastricht e está con medidas sancionadoras, o da Constitución non está. E resulta que, pasáronse, foron os primeiros en incumprilas, Francia e Alemania, calquera lle pon, pero está con medidas sancionadoras, pode habelas, e o da Constitución non. Entón, miren, está claro de que non é esa a razón de que se vai a transmitir, non, transmítese no día a día e transmítese a través de leis que se poden modificar, non a Constitución, que ata agora era inamovible, pero a segunda cuestión, que é a da prioridade, a da igualdade, pois obviamente ninguén fixo referencia. Mire, esta casa, agardemos que non chegue nunca, pode pagar ós provedores e ó persoal dunha maneira normal, agardemos que non chegue a pagala, tería que deixar de pagarlle ó persoal e a todos os provedores antes de deixar de pagar a débeda e os xuros, cando o persoal e os provedores igual o necesitan para vivir cada mes, e a débeda e os xuros pódense renegociar, pero xa non queda en mans desta casa para renegociala, queda en man de quen queira, de quen teña feito o préstamo. Se iso non é unha barbaridade, se iso non é unha barbaridade, se iso non é unha barbaridade, porque que se sepa pódeselle pagar os xuros, renegociar o que sexa, non, non, se a institución bancaria non acepta é prioritario, absolutamente prioritario o pago dos xuros e do capital, 135.3, é un dislate, e se vostedes o comparten, é que unha institución que estea, vamos, nunha situación económica moi mala, agardemos que non chegue ningunha, pero como principio é tremendo. Se vostedes o comparten, xa sabemos que non lle gusta, á parte, falar moito disto porque é remexer en algo que foi, polo que se ve agora, por Italia, foi unha carta que lle mandou Trichet, e que dixo escriban isto porque senón eu non fago, e punto, e xa está, e como manda Trichet ou manda non sei que, ras, collemos e escribimos e escribimos máis do que manda el, non hai problema, aquí postos a escribir, que se reventamos o principio de igualdade de oportunidades, dá igual, que …, dá igual, escribimos o que faga falta e veña para adiante, un dislate, un dislate, e sábeno de sobra, sábeno absolutamente de sobra, pero bueno, obviamente van votar en contra. ¿Fun suficientemente breve Presidente?. Sr. Presidente.- Bueno, non todo o que eu quixera, pero, foi pouco realista, pero bueno, a realidade é a que é. Polo tanto, procedemos á votación neste caso da moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego sobre o contido e procedemento de aprobación da modificación do artigo 135 da Constitución Española. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Me imaxino que o propio Grupo do Bloque Nacionalista Galego. Por maioría de votos en contra do PP e do PSdeG-PSOE e cos votos a favor do BNG, rexéitase Moción do Grupo Provincial do BNG sobre o contido e procedemento de aprobación da modificación do artigo 135 da Constitución Española. 10.6124.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) SOBRE O SERVIZO DE TRANSPORTE SANITARIO Sr. Presidente.- Punto número 10. Moción do Grupo Provincial Socialista sobre o servizo de transporte sanitario. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. É unha moción que xa presentáramos pero que non se puido tratar, por ser nun Pleno extraordinario, porque a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia comunicou ás empresas de transporte sanitario e urxente, pero tamén curiosa e sospeitosamente non o fixo cos concellos afectados, concellos de Marín, de Vigo, de Mos, de Ponteareas e de Baiona, a súa redución cualitativa e cuantitativa do servizo de transporte sanitario urxente. Nestes municipios o goberno do Sr. Feijoo retirou ambulancias asistenciais creando un problema cunha merma asistencial moi importante. Dende o Grupo Provincial Socialista, e recollendo o sentir de moitos cidadáns e colectivos, consideramos este novo recorte do Sr. Feijoo como unha medida preocupante, tamén inxusta, entre outros, polos seguintes motivos: A Consellería e o 091, falaz eufemísticamente, publicitan que é unha reorganización do servizo, pero en realidade é un recorte burdo das prestacións nun tema tan sensible como a atención á urxencia e a atención á emerxencia. Consideramos ademais que esta decisión é un paso máis no proceso de desmantelamento, deslexitimación e privatización da sanidade pública que fai o goberno do Partido Popular en Galicia, amparándose e coa desculpa, aínda que no fondo non teña nada que ver coa situación actual de crise económica, cando está demostrado que ubicaron no sur de Galicia o epicentro dese proceso de desmantelamento e privatización do sistema sanitario público. Están facendo, señores do Partido Popular, o que sempre desexaron e nunca se atreveron. Hoxe vemos como estes recortes foron feitos ademais no sur de Galicia, noutros, no resto de Galicia non se fixo, a excepción do concello de Foz, polo tanto, este axuste presupostario vai provocar unha redución da marxe de maniobra do 061 ante calquera suceso inesperado que se produza nestes municipios ou na súa área de influencia. Parece unha redución numericamente pouco significativa, pero cualitativamente é moi relevante, incluso temeraria, ó quitar ambulancias as outras estarán ocupadas permanentemente e polo tanto a menos ambulancias, e máis tempo ocupadas, aumento no tempo de resposta. Co que, a probabilidade de desatención ou retraso na atención á urxencia, pode provocar consecuencias dramáticas e nalgúns casos irreversibles, unha situación tamén de maior inseguridade e de menor eficacia e indefensión. Por todo o dito anteriormente, solicitamos en nome do Grupo Provincial Socialista, ó Pleno da Deputación, a adopción do seguinte acordo: Instar á Xunta de Galicia a restablecer a situación inicial no que se refire ó transporte sanitario de Marín, Mos, Ponteareas, Baiona e Vigo, mantendo o servizo de ambulancias asistenciais, o 061, e como se viña prestando ata o de agora. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. ¿Algunha intervención por parte do Bloque Nacionalista Galego?. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bueno, xa na Comisión votamos a favor e vámolo a manter. A ver, hai este problema que obviamente está aí e incluso foi motivo de contestación pública, e hai problemas incluso moito máis do día a día, porque se está incluso obrigando a servizos que non son sanitarios, a facer traballos sanitarios, poño un exemplo, que está pasando continuamente, pois unha persoa, bueno, pois de idade, bueno, en mal estado, pois cae na casa, se cae da cama e tal, chaman ó 061 ou ó 112 e desvíana a que vaia á policía local ou ós bombeiros, claro, como que a saber, coa caída que pasou, non é precisamente o persoal especializado, agora, nin chaman alá, como podemos comprender que hai cousas onde hai que recortar, pero nestas exactamente, nestas, non parece o máis oportuno, e está pasando todos os días, están pasando todos os días cousas deste tipo, non é só o das ambulancias senón que é máis amplo, o problema é que iso é público e notorio, pero hai por abaixo máis problemas, máis recortes dese tipo, que na práctica, que necesidades sanitarias non se están atendendo co persoal sanitario. Parécenos oportuna a moción e vamos a votar a favor, e se se transaciona, porque hai unha transación do Partido Popular, bueno, en todo caso o grupo propoñente terá que acordar ou non. Sr. Presidente.- Moi ben. Pois moitas gracias Sr. Mosquera, polo tanto neste caso ten a palabra Dona Begoña Estévez, para replicar tamén esa mesma parte, e creo que hai unha proposta tamén de emenda que se votará en todo caso despois. Ten a palabra Dona Begoña Estévez. Sra. Estévez Bernárdez.- Sr. Presidente, señores y señoras Diputadas, nosotros, el Partido Popular, hemos presentado una moción de urgencia, con una propuesta alternativa, un poco para argumentar la moción presentada por el Partido Socialista. La argumentación sería la misma, porque el Partido Popular va a votar en contra de esta moción, entonces pido a todos los Diputados que votemos esta moción de urgencia para poder debatirla en conjunto. Sr. Presidente.- Bueno, primeiro en todo caso haberá que votar esta primeira, que dalgunha maneira o Partido Socialista, bueno, pois en base a, ten que buscar algún argumento e sempre hai que acudir a algún destes que sexa así sensible na poboación, e polo tanto, bueno, pois se pretende utilizar esta cuestión como debate na poboación, etc., pero bueno, eu creo que ningún partido que ostente o goberno, como neste caso é o Partido Popular na Xunta de Galicia, vai a, dalgunha maneira a restrinxir ningún tipo de servizos, senón facelo máis operativo. Se hai un gasto que dalgunha maneira non se está aproveitando ben, pois o que hai que poñer é facelo moito máis operativo. Polo tanto, … Sra. Estévez Bernárdez.- Sr. Presidente, a mi me gustaría explicar el contenido de nuestra moción y la argumentación en contestación a la … Sr. Presidente.- Si, pero en todo caso hai que votar primeiro a deles e, ¡ah!, ¿están de acordo?, ¡ah!, entón debatemos xa tamén. Pois pode pasar a propoñer tamén e despois vemos se a emendamos ou non ou a ver que se acorda. Ten a palabra Dona Begoña Estévez. Sra. Estévez Bernárdez.- Gracias Sr. Presidente. El motivo de que el Grupo Popular haya elaborado esta moción con una propuesta de acuerdo para el Pleno, es porque en absoluto estamos de acuerdo con el texto de la exposición de motivos que hace el Partido Socialista, generando una desconfianza en los ciudadanos en un momento de crisis como el actual, y jugando con un tema tan sensible como es la salud pública. Decir, como han dicho textualmente, que las prestaciones sanitarias se van a ver recortadas, o que la situación va a ser precaria, es totalmente incierto y entonces yo le voy a exponer el por qué esa argumentación es incierta. La Fundación pública Urgencias Sanitarias de Galicia, y lo explico en general, se encarga de gestionar y coordinar la asistencia y transporte en el medio prohospitalario en casos de urgencia y emergencia, dentro del ámbito de la Comunidad Autónoma, desde hace ya más de quince años. Desde julio del año 97, el 061 dispone de ambulancias medicalizadas, con personal propio, operativas las 24 horas al día y 365 días al año, en total actualmente en la Comunidad contamos con 10 ambulancias medicalizadas. A partir de julio del año 98 el 061 coordina la red de transporte sanitario urgente, se trata de una red permanente de ambulancias de urgencia, que está disponible las 24 horas del día, que da cobertura a la totalidad de la Comunidad gallega, que están equipadas adecuadamente para asistencia a urgencia y emergencia, coordinadas exclusivamente a través del 061 y a través de la central. Además se da en esta ocasión la oportunidad de que es un médico de la central el que coordina e indica el recurso que debe movilizarse en cada caso. En la actualidad en nuestra comunidad autónoma contamos con 101 ambulancias de apoyo que están distribuidas por toda la comunidad autónoma. No se habla de recorte en ningún momento, porque es incierto, y eso es lo que nos gustaría transmitir a la ciudadanía, sino que se va a producir una redistribución y una reordenación. Y ahora explicaré el por qué. Las características geográficas de nuestra comunidad autónoma, las peculiaridades orográficas, la dispersión de la población, hacen necesario que se aborde una mejora del transporte sanitario urgente con el fin de aumentar la accesibilidad de la población a la asistencia del soporte vital avanzado. Todas estas circunstancias hicieron que en el primer trimestre del año 2010 el 061 elaborase un proyecto de mejora en el transporte sanitario urgente que refleje las posibilidades de la organización de este servicio. Para ello, no se tomaron datos arbitrarios para poder hacerlo sino que se tuvieron en cuenta en cada una de las áreas y de las zonas una serie de criterios objetivos. Los criterios que se siguieron fueron los siguientes: ver el número de servicios realizados por el recurso, por cada recurso, en las franjas horarias determinadas; la distancia a los centros hospitalarios de referencia, duración media por servicio y los recursos limítrofes disponibles, para garantizar en todo momento la asistencia. Además, según los datos ofrecidos por el 061, se ha medido también el ratio poblacional, además las organizaciones científicas en la materia aconsejan que debe haber un ratio medio de una ambulancia cada 25.000 habitantes, y en todas las zonas afectadas que ustedes citan se ha demostrado en la estadística desde que se ha hecho la reordenación, que se ha cumplido ese ratio perfectamente. Otro de los factores que se han tenido en cuenta es el tiempo de ocupación, es decir, la utilización real del vehículo, su emplazamiento donde la demanda asistencial sea más necesaria, para garantizar la cobertura a todas las áreas y a todas las zonas de la comunidad autónoma, en este caso de la provincia de Pontevedra. El impacto en las zonas se está estudiando, nosotros desde luego desde la Diputación de Pontevedra, en esta moción alternativa que proponemos, proponemos el hacer un seguimiento que garantice el tiempo de respuesta y que sean atendidas todas las necesidades tal y como ahora se estaba estableciendo. Lo que puedo indicar que hay sociedades científicas también que establecen un tiempo mínimo de respuesta en función de la población, que el último, desde que se ha puesto en marcha el servicio en estas localidades afectadas, en concreto en la localidad de Marín, el tiempo de respuesta ha disminuido, el tiempo de respuesta aconsejado es de 15 minutos, en horarios de referencia, y ha disminuido con respecto al trimestre anterior. Se hará un seguimiento del funcionamiento de los servicios tras la reordenación y desde luego que propondremos las medidas oportunas en el caso de que haya cualquier anomalía o disfunción. Muchas gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Begoña Estévez. Bueno, pois esa é dalgunha maneira a proposta que o Partido Popular quere facer, supoño que o Partido Socialista parece ser que non vai a estar de acordo, pero vamos, lle damos a palabra. Sr. Rodríguez Díaz.- Moitas gracias Presidente. Mire, nestes días xa estamos a ver como esta redución, que non é reordenación, insisto, está a causar problemas concretos, xa hai casos concretos que precisamente por esta diminución de recursos, que é unha realidade, pois está a suceder. Nós non creamos alarma, a nosa obriga como oposición é dicir que hai un goberno do Partido Popular, do Sr. Feijoo, que ía a facer máis con menos, como recordaba aquí o Sr. Presidente da Deputación, e non fai nada, recortar si, e neste caso recorta o das ambulancias. Porque ademais xa se anuncia un novo recorte en ambulancias non medicalizadas, e a nós o Grupo Provincial Socialista o que nos preocupa é que aquí, na provincia de Pontevedra, Deputados e Deputadas, representantes de todos os concellos da provincia de Pontevedra, permitamos un ataque no sur de Galicia a 5 concellos desta provincia, isto é Pontevedra, somos a Deputación de Pontevedra, e se estea permitindo un ataque, porque reitero, é o experimento para a privatización do sistema sanitario público que están a facer aquí nestes municipios, en Vigo co Hospital privado, que se está a construír, e neste caso co recorte de ambulancias. E aquí quedamos así, pasivos, sen máis, esta é unha reorganización, non pasa nada, os ratios, os ratios, temos un ratio menos da metade da seguinte cidade máis poboada de Galicia, esa é unha realidade, xa estabamos por debaixo, e co recorte moito máis por debaixo. Pero aquí estamos a falar de persoas, de cidadáns de aquí da provincia de Pontevedra, que por esa tardanza en resposta, por esa falta de ambulancias, van a ter problemas ou poden ter problemas, esperemos que nunca haxa unha desgraza por culpa diso, pero o certo é que xa está a pasar esta situación. Dende logo tamén lle teño que dicir, que vostedes nalgún concello onde gobernan votaron a favor desta moción que presenta o Partido Socialista, o cal é coherente, é coherente coa defensa da veciñanza, o dicía antes o Sr. Presidente, nós aquí temos autonomía, e igual que teñen os nosos deputados tamén no Congreso dos Deputados, pois en calquera momento, para votar o que alí lle pareza, pois, dentro desa autonomía en concellos onde vostedes gobernan se votou a favor desta moción que presentamos o Grupo Provincial Socialista. Eu lle agradezo ó Partido Popular a intención desta emenda, de verdade, é dicir, estou seguro que coa maior e a mellor intención, non, pero claro, é un pouco darlle a razón a este recorte, iso non llo poden dicir vostedes ós cidadáns, cando vostedes falan de que o 061 manteña a asistencia, o 061 mantén o que mantén a Consellería de Sanidade, o que lle diga a Consellería de Sanidade, en tempos … tal, a organización, pois non sei como van a poder facer, cunha ambulancia menos, se hai menos ambulancias, cando estean ocupadas, ¿como se vai a manter o tempo de resposta?, é moi complexo. Pero tamén, cando vostede di, a realización do seguimento de indicadores, me imaxino que cando fixeron este recorte farían un estudo para chegar a esta conclusión, e se estabamos con ratios por debaixo doutras cidades ou doutras áreas con menor poboación, con menos poboación que nós, pois vemos que o criterio é simplemente económico, o recortan para reducir gastos. Reitero, é un ataque á provincia, é un ataque a municipios da provincia, non se está a facer en ningún outro territorio de Galicia, a excepción do concello de Foz, fíxense vostedes, fíxense vostedes, e sen embargo afecta a 5 municipios da provincia, e nós quedamos tan panchos. A asistencia sanitaria non se pode medir en cartos, se pode buscar a eficacia doutra maneira, e non na redución que pon en risco a persoas. Polo tanto, nós cremos que falar de reorganización é unha falacia, é dicir, aquí o que se fai é recortar ambulancias, simple e llanamente iso, para aforrar cartos, e nós insistimos, pedimos e nos gustaría, lle pedimos ó Partido Popular, que en coherencia, porque somos e son representantes desta provincia, que sigamos instando á Xunta de Galicia a restablecer a situación inicial no que se refire ó transporte sanitario dos concellos de Marín, Mos, Baiona, Vigo e Ponteareas, mantendo o servizo de ambulancias asistencial do 061, como se viña prestando ata o de agora. E eu creo que é o que merecen os nosos veciños e veciñas, é o que nos están reclamando nestes concellos, agás tamén dos colectivos que están tamén a plantexar. Esperamos que recapaciten, que voten a favor desta moción, e polo tanto, que poidamos defender o sistema sanitario público e de calidade na nosa provincia, nos nosos concellos, e dos nosos cidadáns e cidadanas. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sra. Estévez. Bueno, dicir antes de darlle a palabra neste caso á Sra. Estévez, de que D. Héctor sempre pon de exemplo ó Partido Popular coa r de recortar, pois nós actuamos coa r de reorganizar, pero á parte como vostedes, xa o demostraron, subiron os impostos e crearon máis parados, sen embargo o Partido Popular foi quen, xusto, de facer o contrario, baixou impostos e foi quen de crear máis postos de traballo, que nunca neste país. Polo tanto, non son un partido coherente para dar lección dese tipo de actuacións, por iso que este partido actúa con coherencia, tomou unha decisión que era unha decisión importante, e polo tanto, Dona Isaura, eu lle diría que non se altere, tranquilícese, é normal, é que non, pero estea tranquila, estea tranquila, estea tranquila, home, estea tranquila, vostedes teñen que, a verdade é que vén unha mala época, vén unha época mala, exactamente, pero quen provocou iso son coñecidos, polo tanto fale con eles, chámelle e dígalle a ver por que non fixeron as cousas como deberían, polo tanto, pois estea tranquila nese sentido. Entón, dicirlle que o Partido Socialista non é quen de dar ningún tipo de leccións nese sentido, pero o Partido Popular vai actuar con coherencia, e polo tanto, vai reordenar dalgunha maneira este tipo de servizos para que sexan máis efectivos e ó mesmo tempo se se pode reducir custes mellor que mellor. Sra. Estévez. Sra. Estévez Bernárdez.- Sr. Diputado, a mi me molesta como miembro del Partido Popular y como ciudadana, que siempre nos estén asustando con recortar y con privatizar, parece que es el único argumento que tienen para defender cualquier tipo de postura. La moción que presenta el Partido Popular, que no la voy a leer ni reproducir porque ya tienen una copia, sería malgastar nuestro tiempo, no vamos a leerla, es la misma argumentación, simplemente decir que las ambulancias no están asignadas a un concello determinado, la ambulancia no es de un municipio, la ambulancia está en un centro de referencia y abarca un área determinada, entonces, según los datos científicos, yo, evidentemente, no soy médico, soy licenciada en derecho, técnicamente no puedo explicarlo igual de bien que un técnico en la materia, pero según el ratio de tiempo de respuesta recomendado por las Sociedades científicas internacionales, se establece que en las áreas rurales, una media de 20 minutos, y en este caso, desde que se ha producido la reorganización de las zonas rurales afectadas de la provincia de Pontevedra, se, la media de respuesta está en 14 minutos. Entonces, creo que se está cumpliendo perfectamente lo recomendado por la sociedad y se verá la evolución de la medida, y lo que nosotros hemos introducido en nuestra moción es exactamente lo mismo que ustedes piden, porque tenemos un compromiso con la sociedad, pero simplemente explicamos, no engañamos a la gente diciendo que se va a recortar o que se va a privatizar, porque estamos hablando de aspectos totalmente diferentes, explicamos el por qué del 061, el por qué de la medida, que se han tomado las decisiones con datos objetivos y con un estudio previo, elaborado por profesionales durante meses, y lo único que añadimos a su propuesta es que se acuerde por esta Corporación que el 061 mantenga la asistencia, calidad del servicio y los tiempos de respuesta a las emergencias, tras la reorganización de la red de transporte sanitario urgente, y que se hará el seguimiento de los indicadores en los próximos meses con el fin de comprobar la idoneidad de la medida. El fondo del asunto es exactamente el mismo, lo que pasa es que nosotros somos responsables con los ciudadanos y no les confundimos con la terminología. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Estévez. D. Santos Héctor, última intervención. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, vamos a ver, como aquí aproveitamos así para falar un pouco de todo, non, despois de máis de dous anos de goberno do Sr. Feijoo, o que ía a facer máis con menos, nos atopamos que é o campión do desemprego en Galicia, é o que ía resolver a crisis económica en quince días, o emprego en corenta e cinco, e todos en Galicia íamos a estar, vamos, fenomenal. Nos atopamos que é o campión do desemprego, porque ademais a Xunta de Galicia ten competencias en políticas de emprego, pero nin dinamizou a economía, nin creou emprego, pero tampouco a Deputación se destacou moito, porque a Deputación nos presupostos do 2011 non quería nin incluír un plan de emprego, que, a proposta do Partido Socialista, ó final incluíu, ou onde está ese plan de obras de creación de emprego, é fácil votarlle a culpa a outros da incapacidade duns, e neste caso é o que fan vostedes señores do Partido Popular. Polo tanto, eu creo que para ceñirnos ó, un pouco ó tema, que é a moción, se poderá vestir como se queira, pero hai menos ambulancias nun territorio onde viven, onde hai a maior concentración de poboación de toda Galicia, e xusto se fai nos concellos de Marín, de Baiona, de Mos, de Ponteareas e de Vigo, curiosamente non se fai na área metropolitana, na comarca de Ferrol, nin na comarca de Coruña, nin na comarca de Santiago, nin na comarca de Lugo, nin na comarca de Ourense, se fai en cinco concellos desta provincia, e se fai un recorte, se deixa a veciños dunha área, a máis poboada de todo Galicia, con menos ambulancias e menos tempo de resposta, iso así, ¿para que?, para aforrar cartos, os veciños non melloran a atención con iso, polo tanto non é confundir, é unha realidade, se vostede ten menos ambulancias, se vostede, a poboación segue sendo a mesma, o tempo de resposta vai a ser pois máis tarde, sen lugar a dúbidas. E cando se fala de coherencia, eu insisto, insisto, insisto, algún alcalde ou alcaldesa, que son deputados aquí neste Pleno, votaron a favor desta moción do Partido Socialista, porque entenden que era a súa obriga, por encima das cores políticas, defender ós seus veciños e veciñas, preocuparse da súa saúde, iso é o que lle pido aquí, señores do Partido Popular, que fagan, que defendan e se preocupen dos seus veciños e veciñas daquí da provincia de Pontevedra, de cinco municipios. E reitero, reitero, están a facer aquí na comarca do sur de Galicia, nestes municipios, o experimento para a privatización do servizo público de sanidade, cun hospital privado, con recorte de ambulancias, e un anuncio a máis de que se van a recortar ambulancias non asistenciais, tamén, pero sen embargo hai o incremento de concertos con centros privados. Polo tanto, nós valoramos a intención do Grupo Popular de saír en defensa, pois, dunha medida da Conselleira de Sanidade a todas luces inxusta, inxusta, e ademais irresponsable, porque se xoga coa saúde, e polo tanto, mantemos a nosa proposta de resolución, esperando que reflexionen unha vez máis e que a voten a favor. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. A verdade é que esa demagoxia xa non cola, e que teñen que contalas tan grandes que xa non lle cola ningunha, esa demagoxia de asistencia sanitaria privada, que queren privatizar a sanidade, pero se vostedes son reféns desa situación, porque vostedes gobernaron en Galicia durante catro anos, dígame vostede que centro sanitario privado, vostedes como gobernantes na Xunta de Galicia, que ademais a responsabilidade caía no Partido Socialista, lle recortaron, neste caso o convenio que tiña coa Xunta, dígame un só, contésteme un só, un, un só … ¡ah!, si, dígame algún, dígame algún onde vostedes, cos concertos que había, onde suprimiron, pero, ¿a quen lle queren contar esas milongas?, ¿a quen lle van a contar esas milongas?, e coma os que saíron en tromba o outro día, todos aí a dicir que os recortes sociais, pero se vostedes foron os promotores do maior recorte social da historia deste país, defraudando ós propios, porque ó PP xa se lle pode dicir case de todo, ¿verdade?. Pero vostedes non, vostedes eran o paradigma das políticas sociais, e van vostedes e son os maiores garantes dos recortes sociais sufridos neste país como nunca. É capaz de dicir que non, claro, é que non se sonrrojan para nada, son capaces de dicir que o fixeron vostedes e son capaces de dicir o contrario, que non fixeron isto, non era Zapatero o que estaba aquel día, nin Rubalcaba, non foron os que tomaron esa decisión no Consello de Ministros, eran outros, non se coñecen, están descoñecidos, marchoulle o nome ou a cor ou cambiaron de país. Home, hai que ser un pouco serios. E, polo tanto, tamén teño que saír dicíndolle D. Santos Héctor, que en relación ós alcaldes, os alcaldes fixeron o que debían e unha vez que dalgunha maneira se reuniron coa Conselleira, e hai os datos encima da mesa, e esa reordenación está posta en marcha xa, saben evidentemente que contan coa plena garantía de que van a ter un bo servizo, como tiñan ata o de agora perfectamente reordenado. E ademais, eu sei que queren andar a buscar por aí a ver se, bueno, a ver se buscamos algunha incoherencia, etc., etc., pero as ambulancias non son dos concellos, as ambulancias son dun punto concreto, onde se encontran, para dar asistencia ós cidadáns, non hai límite xeográfico para a ambulancia, que os coches, gracias a Dios hoxe, e as ambulancias tamén se desprazan, e non teñen ningún tipo de problema para este tipo de actuacións. Polo tanto, xa digo, non se debe xogar con esas cousas, non se debe entrar na demagoxia que vostedes habitualmente utilizan, que agora xa se ve que, pódese enganar a unha persoa un día, unha semana, un mes, pero non a podes enganar toda a vida, non sabes, hai un refrán que, se enganas toda a vida ó final acaba caendo a paisana, e a vostedes agora estanlle caendo todas encima, unha tras outra, porque claro, foron tantos, tantas, e tantas, e tan gordas, que ó final pasa o que pasa. Polo tanto, vamos a proceder á votación, porque non dá máis de si, primeiro votamos, como urxencia xa estaba votada. Votamos primeiro a Moción do Grupo Provincial Socialista, que é o punto número 10. ¿Votos a favor?. ¿En contra?. E ¿abstencións?. Non hai. Sr. Presidente.- E agora votamos, neste caso, porque foi aprobada a urxencia, a Moción do Partido Popular. ¿Votos a favor?. ¿Abstencións?. ¿En contra?. ¿Máis?. E agora votamos, neste caso, porque foi aprobada a urxencia, a Moción do Partido Popular. ¿Votos a favor?. ¿Abstencións?. ¿En contra?. ¿Máis?. Por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexéitase Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) sobre o servizo de transporte sanitario. 11.6125.- MOCIÓNS DE URXENCIA Sr. Presidente.- ¿Máis?. Dar conta das Resolucións Presidenciais. Si, bueno, isto é en relación a un acordo que establecéramos tamén co Bloque Nacionalista Galego, de que puideran substituír pois un vocal, neste caso ó titular na asistencia a órganos colexiados. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Esta era unha situación que se daba, relativamente anómala, na que nos organismos hai un titular, pero que normalmente asiste, son raras as ausencias, rarísimas, pero cando por enfermidade ou calquera outro motivo non podía ir pois non había substituto, ¿non?. O lóxico é que o haxa e que a proposta que sexa nominal e que se traia. De todas maneiras un comentario, a pesares do que dixeron ó principio, resulta que xa traían no subconsciente que non ían suprimir os organismos, porque resulta que na proposta esta aparece que se nomean substitutos en todos os organismos eses que se propoñían. Sr. Presidente.- É que alá no fondo, no fondo, fondo, estamos de acordo. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ah, si!, vale, vale, era iso. Sr. Presidente.- A día de hoxe non estaban suprimidos. Poñámonos de acordo xa rápido e xa verá que todo vai a seguir funcionando con esa transparencia que vostede, a quen lle felicito que nos reiterara ese comentario, que sempre é de agradecer, que estamos funcionando con transparencia. Previa unánime declaración de urxencia, aprobáronse as seguintes mocións de urxencia: A) MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE SUBSTITUTOS DOS VOGAIS NOS CONSELLOS REITORES DOS OO.AA O Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción da Presidencia sobre substitutos dos Vogais nos Consellos Reitores dos Organismos Autónomos. Dita moción é como segue: “Os estatutos dos distintos OO.AA provinciais non establecen a posibilidade de que en caso de ausencia dos vogais pertencentes ós Consellos Reitores estes poidan ser substituídos por suplentes, por iso proponse ó Pleno: Que cada vogal titular nos distintos OO.AA provinciais teña designado un suplente para casos de ausencia. Neste senso, procederase a modificar os Estatutos dos OO.AA provinciais e en concreto: o art. 7 dos Estatutos do ORAL e dos Estatutos da Caixa de Anticipos de Cooperación e o art. 8 dos Estatutos de Turismo Rías Baixas, dos Estatutos do Museo de Pontevedra, dos Estatutos da Escola de Canteiros de Pontevedra e dos Estatutos do IPESPO. Dita modificación consistirá en engadir: “Cada vogal terá o seu correspondente suplente”.” B) MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOBRE A REORDENACIÓN DA REDE DE TRANSPORTE SANITARIO URXENTE DE GALICIA O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) sobre a reordenación da Rede de transporte sanitario urxente de Galicia. Dita Moción é como segue: “O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, en nome e representación do mesmo e ó amparo do establecido nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 1986, por razóns de urxencia, eleva ó Pleno da Corporación para o seu debate a seguinte MOCIÓN SOBRE A REORDENACIÓN DA REDE DE TRANSPORTE SANITARIO URXENTE DE GALICIA Urxencias Sanitarias de Galicia-061 leva moitos anos facendo unha gran laboura na atención dos pacientes da Comunidade Autónoma de Galicia, sendo miles as persoas que recibiron o seu coidado. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 está a desenvolver un Plan de Mellora na rede de transporte sanitario urxente coa fin de optimizar os seus recursos. O Plan, que comezará a aplicarse no mes de setembro, garante a cobertura sanitaria ó conxunto da cidadanía galega. Cómpre subliñar que o 061 traballa para o conxunto de todas e todos os cidadáns da nosa Comunidade Autónoma, polo que as ambulancias non teñen asignación local, xa que o seu ámbito de actuación non é xeográfico, senón de tempo de resposta. En consecuencia, estes vehículos non están adscritos a ningún municipio. Así mesmo, é necesario remarcar que o 061 realiza a distribución xeográfica dos recursos aplicando estudos previos da zona, e nos que se teñen en conta parámetros poboacionais, a demanda, os centros sanitarios de referencia, os accesos ós mesmos, así como as infraestruturas viarias; todo iso coa fin de que se cumpran os principios de eficiencia e equidade para a poboación galega. Por tanto, o sistema de xestión de 061 dispón de capacidade para mobilizar en cada momento o recurso acorde á gravidade e ó tempo de resposta. A cobertura de ambulancias asistenciais de Galicia é de 101 vehículos polo día e 96 pola noite. Os datos históricos da actividade do 061 evidencian unha importante marxe de mellora. Así, do estudo do total de horas contratadas de ambulancias despréndese que, en horario nocturno, só se utiliza o 17% das horas contratadas. Urxencias sanitarias está a organizar a actividade de noite, coa fin de facer eficiente o sobreexceso de oferta non utilizada, sempre coa garantía de mantemento de recursos e do tempo de resposta á totalidade da poboación galega. Nós, como representantes dos veciños debemos solicitar que o servizo de transporte urxente manteña a calidade, especialmente o tempo de resposta, para que os cidadáns estean perfectamente atendidos. En consecuencia, esta tarefa de mellora permanente é o que está a levar a cabo Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, ademais, é un dos servizos de emerxencia máis recoñecidos de todo o Estado, e que segue a traballar para prestar a mellor asistencia no menor tempo posible. Polo exposto anteriormente, sométese ó Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra a adopción dos seguintes acordos: - Que o 061 manteña a asistencia, calidade do servizo e os tempos de resposta ás emerxencias, trala reorganización da rede de transporte sanitario urxente. - Así mesmo, a realización do seguimento dos indicadores nos vindeiros meses co fin de comprobar a idoneidade da medida.” FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, adoptouse o seguinte acordo: Sr. Presidente.- Entón haberá que aprobar a urxencia. É outro igual que os que trouxemos doutros concellos. Delegación de competencias do concello de Cangas a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos de dereito público. Xa pasou pola Comisión Informativa. ¿Se aproba a urxencia?. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Máis carga de traballo para o ORAL o cal é importante. 12.6126.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE CANGAS A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DE DIVERSOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO O concello de Cangas na sesión ordinaria celebrada o día 29 de xullo de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das seguintes facultades: • Inspección, liquidación e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do solo, subsolo ou voo constituídas nas vías públicas municipais por empresas explotadoras dos servizos de telecomunicacións ou de subministración, a excepción da telefonía móvil. • Xestión, inspección, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. • Colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria e ás ordenanzas municipais de circulación. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de setembro de 2011 acordou aceptar as delegacións efectuadas polo Pleno do concello de Cangas para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos de dereito público. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que as citadas delegacións figuran dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Cangas, por acordo do Pleno de data 29 de xullo de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades seguintes: • Inspección, liquidación e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do solo, subsolo ou voo constituídas nas vías públicas municipais por empresas explotadoras dos servizos de telecomunicacións ou de subministración, a excepción da telefonía móvil. • Xestión, inspección, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. • Colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria e ás ordenanzas municipais de circulación. 2.- Estas delegacións do concello de Cangas, serán levadas a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométense ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello da Cangas así coma os demais documentos que procedan. 4.- As delegacións efectuadas polo Pleno do concello da Cangas, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos de dereito público, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. B) Parte de información e control: 13.6127.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- En primer lugar, Resolución Presidencial por la que se delegan las atribuciones de la Presidencia, durante la ausencia del Presidente titular entre los días 26 a 29 de setiembre, en el Vicepresidente Sr. Figueroa. Y asimismo extractos de Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 6 y el 26 de setiembre. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De Resolución Presidencial de data 23 de setembro de 2011, número de rexistro de saída 13265, delegando as atribucións da Presidencia entre os días 26 e 29 de setembro, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. B) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 6 e 26 de setembro do ano 2011 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 14.6128.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e Preguntas. Se non hai, se levanta a sesión. Moi bos días e moitas gracias. Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición