ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2011/12/30_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/4.2011-12-30_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/12/30_Ordinaria

  • Data(s) 2011-12-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 67 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 30 de decembro de 2011 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día trinta de decembro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bueno, imos a dar comezo á celebración do Pleno ordinario. 1.6155.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, do día 28 de outubro e 25 de novembro de 2011. Se aproban. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 28 de outubro e 25 de novembro, de 2011. A) Parte resolutiva: 2.6156.- ADHESIÓN Ó NOVO CONVENIO ENTRE A AXENCIA TRIBUTARIA (AEAT) E A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEMP) PARA A RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS RECURSOS DE DEREITO PÚBLICO DAS CORPORACIÓNS LOCAIS Sr. Presidente.- Segundo punto. Adhesión ó novo convenio entre a Axencia Tributaria e a Federación Española de Municipios e Provincias para a recadación en vía executiva dos recursos de dereito público das corporacións locais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Deputación de Pontevedra na sesión que tivo lugar o día 30 de decembro de 2003 ratificou o acordo adoptado polo Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), na sesión do día 17 de decembro de 2003, relativo a adhesión ó “Convenio de intercambio de información e colaboración na xestión recadatoria”, asinado entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Resultando que no Boletín Oficial do Estado (BOE) número 119 de data 19 de maio de 2011, aparece recollida unha Resolución do 6 de maio de 2011, do Departamento de Recadación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se publica o Convenio coa Federación Española de Municipios e Provincias para a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público das corporacións locais. Considerando que a cláusula décimo quinta do novo convenio obriga ás entidades adheridas ó convenio anterior, caso no que se atopa o ORAL-Deputación Provincial de Pontevedra, a adhesión ó novo convenio. Considerando así mesmo que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), na sesión que tivo lugar o día 18 de novembro de 2011, aprobou a adhesión ó novo convenio entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o cal debe ser ratificado polo Pleno da Deputación de Pontevedra. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade, ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión ó novo convenio subscrito con data 28 de abril de 2011 entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para a recadación en vía executiva dos recursos de dereito público das corporacións locais, e que figura publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) número 119 de data 19 de maio de 2011. 3.6157.- PRÓRROGA DA VIXENCIA DO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN (PID) 2009-2011 Sr. Presidente.- Punto número 3. Prórroga da vixencia do Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días a todos e a todas. Grazas Sr. Presidente. Ben, estamos neste punto da orde do día coa prórroga do Plan de Investimentos, que en principio era 2009-2011, coa idea de que todas as obras estiveran rematas en 2011, co cal a realidade non é así e hai que facer esta prórroga. Bueno, xa no seu momento cando se discutiu este Plan de Investimentos, que ten unha historia bastante longa nesta casa, e xa explicamos as razóns polas que non nos gustaba como se fixo, a idea si pero como se fixo non, pero, chegado a este momento de que están sen facer, pois sería unha cuestión practicamente de rutina facer a prórroga, polo tanto, non teríamos moito máis que dicir. Pero as circunstancias cambiaron, cambiaron tanto pola xestión económica desta casa, pero sobre todo, pola política económica xeral, e na propia memoria, na propia proposta que se fai para a prórroga, pois vense a dicir que dos 70 millóns que había para este plan, os 14 que quedaban de libre designación do Presidente, pois practicamente van a ser as aportacións que poida facer a Deputación ós concellos, en anos vindeiros. Ben, isto danos un marco, o seu é que cambiaron moitísimo as circunstancias, danos un marco no que quitando PPC, a ver qué pasa con el, pero bueno, supoñemos que seguirá igual, pois todas ou case todas as aportacións ou gran parte delas, que esta casa vai a facer ós concellos, polo menos no ano 2012-2013, e xa veremos os sucesivos, non van ir mediante ningún plan medianamente ordenado, senón que van ser estes remanentes, os 14 millóns de libre disposición do Presidente, xa non vai a ser o 20% o que se vai nos concellos senón que vai a ser o 60 %, 70%, ou a saber, o 100%, parece que o que non estea gastado destes 14 millóns, non digo os 56, son dos 14, este 20 %, o razoable sería, que se pode facer, reconvertelo e facer algo coma un PAM, un Plan de Acción Municipal, coas maiores aportacións que poida facer a Deputación, se é que pode, e distribuílo cos criterios do PAM ou o que sexa. Parece infinitamente máis razoable, senón nos toparíamos nunha situación francamente estraña, ou sexa, non hai ningún plan, quitando o que vén do Estado, PPC, de aportacións ou de investimentos ós concellos que están nunha situación tamén mala, economicamente, en xeral, uns mellor e outros peor, pero con dificultades serias, e resulta que os cartos que hai, estes 14 millóns, quitando o que hai gastado que non hai maneira de sabelo, pero bueno, supoñemos que sexa que estes 14 millóns se distribúan todos dixitalmente, entón, nós estaríamos dispostos a votar a favor sempre e cando se considerara o que estamos propoñendo, ou sexa, que eses cartos que queden, ou o que quede do Plan de Investimentos, da parte de libre designación, ou libre disposición do Presidente, se reconvertan ou se aporten a un Plan de Acción Municipal, para que os concellos teñan algunha posibilidade de facer algunha obra con aportacións da Deputación. Parécenos que é absolutamente razoable, construtivo, e creo que incluso vai a ser bastante mellor tanto para esta casa como para os concellos, porque isto naceu nun momento determinado cunhas perspectivas determinadas, por desgraza cambiaron en contra do noso posicionamento, pero bueno, se manda Merkel, Zapatero ou Rajoy, pois obviamente, os cartos que chegan aquí son os que son, son moitos menos dos que eran antes, e polo tanto, hai que adaptarse ás novas circunstancias. Eu creo que nestas novas circunstancias o razoable sería facer, senón non sei cal vai a ser o horizonte para estes catro anos, de transferencias ós concellos, para facer algunha obriña por parte desta casa, por pare da Deputación, non sei cal vai a ser o horizonte na propia memoria, de que, practicamente cero, non se sabe, a memoria igual esaxera por defender a prórroga, e dende logo, será o PPC, no que quede, se é que non recortan de Madrid, e pouco máis ou nada máis. Quitando isto de libre disposición, que a saber, aínda é unha cantidade substancial, non sei exactamente, non sabemos en canto pode estar agora, sen comprometer, pero se cadra están, non sei 12 millóns ou o que sexa, na memoria non o di, pero di que está gran parte sen distribuír, e polo tanto, daría a oportunidade de manter ese pequeno flotador de investimentos para os concellos dunha maneira razoable e planificada, ten o seu posicionamento, agardemos resposta. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Bos días. Bueno, pois con esta prórroga que nos propón o goberno da Deputación de Pontevedra se demostra algunha cuestión. A primeira, a incapacidade de executar o presuposto, e ademais, como recoñecen aquí na exposición de motivos da proposta de acordo, pois estamos a ver de que di que foi lento, ralentizado, e sobre todo cando máis falta facía investir, porque era necesario manter a economía e o emprego, polo tanto, insistimos, primeiro se fixeron uns presupostos para a galería a 30 de decembro de 2011, se recoñece a súa incapacidade para executalo, e agora se nos propón pasalo a remanentes. A primeira pregunta é, ¿canto queda destes 14 millóns de euros para remanentes, canto está executado, canto falta por executar?, aquí non aparece neste informe. En segundo lugar, e vista a deuda que ten esta Deputación, moito nos tememos que non vaia a haber remanentes, que o que quede de remanentes vaia a ser para pagar a deuda, a deuda que é de máis do 100% neste organismo oficial, polo tanto, malamente se vai a poder facer algunha obra con isto, pero en caso de que houbera, en caso de que quedaran remanentes, que quedara algunha cantidade para poder executar obras, a proposta que facemos o Grupo Provincial Socialista é que, primeiro, sexan adxudicadas por criterios obxectivos, porque estes 14 millóns recordemos que foron unha reserva que fixo o Presidente da Deputación para poder adxudicalos como quixera, polo tanto, se quedara algo, a nosa proposta, reitero, é de que sexan adxudicados por criterios obxectivos, como se fixo co Plan Zapatero, o Plan de Inversión Local, con criterios obxectivos. E segundo, que sexan os propios concellos os que executen as obras, os concellos demostraron que teñen capacidade cos dous Plans estatais de investimento local, que teñen capacidade para poñer proxectos, para desenrolalos e para levalos á práctica, polo tanto, non entendemos porque dende a Deputación se fai o contrario, de aí a lentitude que aquí recoñecen, e ademais cando quede algún nunha obra, como se está dando o caso, que a licitación é máis baixa do presupostado, que ese concello poida dispoñer deses cartos, que se aforran na execución desa obra, para inversións no seu propio concello, porque agora moito nos tememos que os aforros, pois como pasa por exemplo no concello da Illa, dun presuposto de 600.000 euros foi adxudicado por 450.000, e, ¿onde están os 150.000?, ¿en modificacións de crédito para facer esa obra ou a onde van?. Polo tanto, en aras da transparencia, en aras da transparencia, o Grupo Provincial Socialista coas dúbidas que manifestamos anteriormente, só votaríamos a favor desta proposta en caso de que aquí haxa un compromiso de que se vai a adxudicar con criterios obxectivos, acordados con todos os grupos deste Pleno; e segundo, que sexan executados polos propios concellos como xa se demostrou que teñen capacidade. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, dicir que por parte desta institución poñer en marcha algo máis de 500 proxectos durante todo este tempo pois non foi unha mala xestión, senón todo o contrario, creo que se viu capacidade de xestión e aí están como digo os 500, os máis de 500 proxectos, aprobados practicamente a inmensa maioría deles, adxudicados e finalizados; e outros, moi poucos, que están, como digo, practicamente a punto de finalizarse. Despois, polo que podo comprobar das palabras, neste caso dos portavoces da oposición, e polos datos, aínda que sei que é un tema que se utiliza con asiduidade, de que se a Deputación se reserva ou non se reserva unha cantidade, creo que as actuacións que se comprometeron son todas elas evidentemente razoables, me refiro das de libre disposición, e por iso que ó final teñen que recoñecer que o importante é que non hai un sectarismo por parte deste goberno, senón todo o contrario, aquelas cuestións que son de actuación preferente e prioritaria, sexa cal sexa a cor política, se fan e creo que iso é, como digo, destacable. Polo tanto, entendemos que é bo para que este Plan que se poida finalizar, e por algunha obra, que poida finalizar, por rematar, pois ampliar este prazo, que entendemos que é un prazo razoable, tendo en conta que temos unha cantidade inicial para esas cuestións de urxencia que poidan suceder neste período do ano 2012. Por iso, neste caso, este goberno propón a súa ampliación do prazo, que nos permita seguir executando aquelas cuestións estritamente prioritarias que van en beneficio, ó final, dos cidadáns. Por iso, que neste sentido hai que ter en consideración este Plan, que foi un Plan que axudou de maneira definitiva a poñer en marcha pequenas actuacións, que eran necesarias nos concellos da provincia, que tiveron ademais, non coma o Plan E, tiveron en consideración poboación e superficie, que non foi así por parte do Plan E. E polo tanto, nós temos en conta, como é unha das prioridades desta casa, que a dispersión leva consigo un maior gasto á hora de dar servizos á poboación, e por iso que entendemos que o criterio máis lóxico, máis xusto, máis razoable, foi o que se expuxo por parte da Deputación para o reparto, neste caso, desta importantísima acción levada a cabo en toda a provincia de Pontevedra, e iso é o que eu lles quero trasladar. Creo que ademais que a valoración é extraordinariamente positiva, sempre con matices, pero creo que é extraordinariamente positiva, foi un Plan pactado ademais polos tres grupos da corporación, onde por certo, hai que recordalo, aínda que vostedes din que a institución, a Deputación está moi hipotecada, vostedes querían que o Plan fose aínda maior, dun maior gasto ou inversión, como se queira entender, e polo tanto, ó final foi o grupo de goberno quen dixo que era unha cantidade razoable a que estamos poñendo encima da mesa, sobre todo para que os concellos puideran rematar aquelas pequenas actuacións, que tiñan algúns iniciadas, e sen rematar por non ter presuposto para poder rematalas, de aí que a valoración, xa digo, por parte deste goberno e desta institución é extraordinariamente positiva, de toda a inversión dun Plan de Investimentos creado, es proceso, pola situación de dificultade económica que empezabamos a percibir nese momento. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Falou pouco, pero de moitas cousas, pero non contestou ó que lle estamos plantexando, non, obviamente a historia deste Plan é coñecida, foi unha proposta deste grupo, e despois de moitas voltas, levaba aparelladas outro tipo de medidas de recorte de gasto corrente e demais, que non se fixeron, co cal a situación financeira da Deputación resentiuse e demais, non queremos falar da historia, eu vou a dúas cousas así de concretiñas. A primeira, ¿canto queda deses 14 millóns de libre disposición?. Simplemente para unha cuestión de operatividade, por saber o que queda. Segundo, ¿que recursos pensa adicar en Plans ós concellos, esta casa, durante os dous ou tres próximos anos?. Nós temos as nosas hipóteses, ninguén negou as cifras, polo que se deduce da memoria e pola información que temos, pois probablemente, o que hai pendente deses 14 millóns sexa máis do que esta casa vai a poder aportar no futuro. Eses xa están aí, xa están aí, é dicir, hai cartos para iso, está pedido o crédito, estará en Tesourería ou estará sen dispoñer, pero existe, ¿canto máis vai a existir?, porque se estamos falando de que vai a existir 20 millóns máis, 30 millóns, para os concellos, nos próximos dous ou tres anos, pois mire, nós calamos, non nos gusta como o fai e nós calamos, agora si, o que vai a haber para o ano 2012-2013, para transferir ós concellos para obras, vai ser nada, ou un ou dous millóns, pois votemos man destes que nos quedan pendentes, que é o que lle estamos propoñendo, non me contestou a nada do que se está propoñendo, entendeume perfectamente, me parece, entendeume perfectamente, claro, se me di, mire, é que para os próximos 2012 ou 2013, vai a haber 10 millóns para un Plan de Actuación Municipal, un Plan de Acción Municipal nos concellos, vale, pois estes que quedan aquí, que non sabemos canto é, non sabemos canto está sen dispoñer, pois bueno, sería unha cifra menor. Bueno, non nos gusta, xa o dixemos mil veces, como se está facendo, pero bueno, agora senón vai haber ou vai haber un millón cada ano, pois o único gordo que vai haber para distribuír nos concellos é isto que hai aquí, entón, o que lle estamos propoñendo é que nos aclare esas cifras, a nosa hipótese é esa, diga vostede o contrario que son quen xestionan esta casa, diga, “non vai a haber cartos”, polo tanto, entón, a nós non nos gusta como se faría pero a situación sería radicalmente distinta, incluso para vostede. Imaxínese que ten para o próximo ano, ou para o seguinte, pois ten estes cartos nada máis, oiga, non lle arrendo a ganancia, ¿que ten que distribuír entre todos os concellos da provincia?, ir distribuíndo a ver se a un lle dá 100.000, a outro non lle dá, ou non sei que. Será mellor distribuílo con criterios, como se fai no PAM ou o que sexa, digo eu, será mellor, e así cada concello sabe o que dispón, porque senón de aquí non sei cal vai a ser a hipótese. A hipótese é que disporá desa pouca cantidade, que debe ser 3 millóns, 4 millóns cada ano do PPC para distribuír entre todos, cos cartos do Estado e demais e o que reciba de aí, e acabouse, non vai a recibir nada máis, e facer aquí a procesión dos caladiños, vir coa gorra a ver se o Presidente se ablanda o corazón e lle dá deses dez millóns unha esmola, non parece un procedemento razoable, francamente, non parece un procedemento razoable, non o é nunca, pero senón hai nada moito menos. Iso é o que estamos propoñendo, nós estamos dispostos a votar a favor se nos aclara esas contas, e se, vamos, en función diso os cartos eses os dedica a un PAM. Pero para iso hai que saber as contas, que nunca as quere dar, di, hai pouco gastado, hai pouco gastado, hai pouco gastado, pero pouco non sabemos o que é. Un día falou aí de dúas obras, non sei se eran, non sei onde, falou aí, pero non volveu a falar de que non hai máis, que dá igual, non o sabemos, non o sabemos, e a ver senón imos topar con que estes cartos que se dediquen así, e ademais tampouco lle pedimos que o cambie agora, que non pode, que adquira o compromiso, de nunha modificación de crédito pasar isto a un PAM, xa que as contas son máis ou menos o que estamos dicindo. Agardamos que nos aclare algo, creo que me entendeu perfectamente, nos entendeu pero non quixo aclarar nada, agardamos que nos aclare algo para definir o sentido do voto. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, eu creo que nós facíamos dúas preguntas e unha proposta concreta, máis aló do que se poida valorar a eficacia deste plan anticrise, durante tres anos, da Deputación, pero ó fío dalgunha das súas reflexións, porque non contestou absolutamente a nada, dicirlle que nun só ano o Plan E, o Plan de Investimento Local, xestionou bastante máis de 500 proxectos, bastante máis, bastantes máis e dende os concellos. Os propios alcaldes e alcaldesas, as propias corporacións o fixeron, fixeron os presupostos, desarrollaron os proxectos e executaron as obras, todas en prazo e con gran éxito. Por certo, non houbo ningún alcalde nin alcaldesa, fora da cor política que fora, que renunciara a ningún destes cartos do Plan E, e eran con criterios obxectivos Sr. Presidente, con criterios obxectivos de poboación, e estes 14 millóns, que é nada menos que un 20% de libre disposición, como vostede ben dicía, do Presidente, non da Deputación, do Presidente nada menos, que o 20%, 14 millóns destes investimentos, ¿como se adxudicaban?, non con criterios obxectivos, con criterios clientelares, iso é como se adxudican estes cartos, e lle reiteramos, ¿canto queda por executar destes 14 millóns?, 9, 6, 5, 4, 3. Segunda pregunta, polas previsións, porque estamos a 30 de decembro de 2011, coa deuda que ten a Deputación do 103% , destes, en caso de que quede algo sen executar, que parece que si, ¿cantos van a quedar para obras e cantos van a irse a amortizar deuda?, ¿cantos?. Claro, porque ten que ter unha, xa, valoración de como vai a quedar o ano 2011, e reiteramos que nós votaríamos a favor disto sempre e cando se faga con criterios obxectivos e ademais consensuados aquí, neste Pleno, consensuados neste Pleno, e que sexan os concellos os que executen as obras; que se lle destine o montante de cartos en base ós proxectos que teñan, e que sexan eles os que executen as obras, demostraron que teñen capacidade para executalas, co Plan E, durante dous anos seguidos, todas feitas ben e en prazo, fíxese se teñen capacidade. O que están, ó mellor moitos concellos, ou a maioría, fartos de paternalismo, fartos de paternalismo; teñen capacidade, teñen autonomía, polo tanto, que se lles facilite dende aquí, dende esta Deputación. Se non contesta a estas preguntas nin adquire ningún compromiso, en base a isto que lle estamos planteando, o Grupo Provincial Socialista votará en contra, votará en contra para que non se siga facendo as cousas con ausencia total de transparencia, ausencia total de transparencia e sen crer ademais nos concellos desta provincia. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, en relación ó que dicía o Sr. Mosquera, aquí non estamos aprobando o presuposto, Sr. Mosquera, para dicir que imos a dispoñer, que imos a colaborar cos concellos para o ano que vén, nós imos a ser a garantía dos concellos pequenos e medianos da provincia, porque non nos queda outra alternativa, a garantía para apoialos, para axudarlle a saír desta difícil situación, e polo tanto, hoxe aquí non estamos aprobando os plans do ano que vén, estamos prorrogando concretamente un plan que era, prorrogando para os pequenos remates, era un plan que na historia desta institución nunca se había feito antes unha cousa coma esta, e polo tanto, creo que o resultado final foi moi, moi exitoso, nesa dispoñibilidade agora mesmo, pois, dos 14 millóns de euros, polos datos que me pasan, que están aínda sen cerrar, deben quedar entre un 20% ou un 30% aínda dispoñible e ademais o comprobará, comprobará que se fixo un reparto racional, con sentido común, un reparto con sentido común, polo tanto, o que hai que dicir é que concellos, como o caso de Pontevedra e outros, pois tiveron tamén unha colaboración importante, á parte doutras, que Pontevedra é, claro está, unha excepción positiva, extraordinariamente positiva, ¿non?, por iso eu o que teño que dicirlle neste sentido é que non estamos falando de ningún presuposto, estamos aprobando nada máis que unha prórroga, é unha prórroga dun plan que naceu cun fin, e ese fin debe ser ata ó final, non, agora imos a cambialo para dedicalo a outra cousa, está previsto ou é a nosa intención, desta institución e deste goberno, esperando contar co apoio da oposición, que se analice a posibilidade dunha vez, que se poida aprobar o presuposto, pois pensar nun Plan, precisamente para os concellos, para axudarlle a pagar, neste caso, deudas a provedores, e tamén nalgún caso gasto corrente que poidan ter, que, dalgunha maneira, axudarlles nese sentido, para iso acabamos de aprobar a semana pasada unha operación de crédito de 30 millóns de euros, para adiantar dos ingresos posibles do ORAL ós concellos tamén da provincia de Pontevedra. Polo tanto, estamos moi pendentes do que está sucedendo en cada concello en cada momento e colaborando con eles, iso en relación ó que nos dicía D. Cesáreo Mosquera, que terán toda a información de como vai o Plan, como está, canto falta, canto non falta, porque como, xa digo, non hai nada que ocultar e non hai ningún tipo de sectarismo, que se actuou con sentido común e con raciocinio, onde había que facer aquela cuestión de facer un convenio, o concello non podía, pois alí se colaborou, que era unha actuación urxente e extraordinaria, que moito do Plan, neste caso, de libre disposición, se utilizou para mellora e humanización de vías provinciais, que entendíamos que era unha prioridade, e polo tanto, aí é onde está a parte máis importante. E dicirlle a D. Santos Héctor que é evidente que ningún concello renunciou ó Plan E, ¿como van a renunciar?, a pena é que se superan o que saben hoxe probablemente algún houbera renunciado, sabendo o que saben hoxe, ó mellor algún houbera renunciado, porque ó final llo están devolvendo nos catro próximos anos, teñen que devolver probablemente máis do que recibiron do Plan E, e moitas das actuacións probablemente se hoxe as houberan plantexado non as farían, non as farían, pero como esa foi unha das ocorrencias máis do célebre, non sei se recordalo e mencionalo, Presidente ou ex Presidente do Goberno, pois, concretamente, hoxe ademais creo, ou creo que así está previsto, o actual Goberno de España ten que intentar buscar 16.500 millóns de pesetas como mínimo, ou de euros, perdón, tenos que buscar por algunha parte, e ó mellor senón se houbera feito o Plan E este, pois, non habería que conxelar as pensións, non habería que facer unha serie de cousas que ó final foron ocorrencias, e vostedes o saben ben, porque en Vigo hai unhas aceras, polo menos de momento, bastante interesantes, pero despois imos a ver como van a facer, evidentemente, para pagar, e se iso era unha prioridade ou non. Polo tanto, xa digo, ese é o real desta situación, o real é que vostedes, pois, cunha ocorrencia de Zapatero e máis dalgún asesor que tivo por aí, lle dixo, “non, imos a investir 8.000 e 5.000 millóns de euros nos concellos para que queden para gloria do Sr. Zapatero”. De aí quero recordar que en carteis foron 2.000 millóns das antigas pesetas, creo que eran, porque había que poñer un cartel ben grande para que se vira que era da obra do Plan Zapatero, por iso, xa digo, nese sentido tampouco teñen que, non lle quedan moitos argumentos, ¿non?, e xa digo, o que é o reparto, home, eu non fixen un reparto aquí como puido facer o Secretario Xeral do Partido Socialista en Galicia cando era responsable da Consellería de Medio Ambiente, que colleu a unha serie de concellos do Partido Socialista, e dixo, “hai que darvos un plan para vós, e despois, ós outros tamén lle vou a dar”, pero, ó final non llo dou, doullo só a aqueles que entendeu, e dixo, “bueno, primeiro voulle a dar ós meus e despois xa verei”. E como vostedes teñen a información que eu lles facilitei, xa hai uns meses atrás, de como se había feito o reparto do Plan no que é de libre disposición, hai concellos, por suposto, do Partido Popular, do Partido Socialista, do Bloque Nacionalista Galego, en cuestións daquelas que se entendían como prioritarias, e se foron facendo sen ningún problema e con todos os alcaldes, o único con quen non nos entendemos, xa o dixen o outro día, é con ese Alcalde que hai en Vigo, me parece que non hai diálogo, el está alá coa súa teima, e entón, está el só e máis os que o acompañen, que me parece que está vostede tamén por alí. Pero despois fóra de aí, o resto, creo que hai concellos, xa digo, de todas as cores políticas, sen ningún problema, que naquelas cuestións que son preferentes e prioritarias se fan e se poñen en marcha, e cando é razoable, pois é razoable. Polo tanto, xa digo, creo que nese sentido, para nós, é unha satisfacción que este Plan se houbera posto en marcha, estea practicamente finalizado e que hoxe, xa digo, lle damos esa prórroga para que poidan, practicamente, certificar os concellos as últimas actuacións, e poder, como digo, rematalo, creo que foi un revulsivo importante para a provincia de Pontevedra, para todos os concellos, de maneira especial para os máis pequenos, sen dúbida, porque ese era o fin e ó final saíron moi, moi beneficiados, quedarán cousas, xa digo, por facer, pero creo que en definitiva a idea deste Plan pois foi moi beneficiosa para o interese xeral dos que habitamos nesta provincia. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Isto é francamente estraño porque na memoria di, é o que está por escrito, normalmente onde, ¿como era aquilo?, “onde hai papeles calan barbas”, parece ser que non, di que estes, esa parte dos 14 millóns, vai moito máis lenta e está a gran parte sen dispoñer. Vostede dinos aquí que queda o 20 ou o 30%, noutro Pleno díxonos que só había dúas concedidas, agora dinos que xa hai comprometido o 80% ou o 70%, así é un pouco difícil de saber, ou sexa, que ¡viva a transparencia!, e o que é obvio se está confundindo, os compromisos que adquire, verbalmente ou dixitalmente, co que está por escrito. Entón, me parece que non hai maneira de entenderse así, claro, ou sexa, o que é obvio, polo que se deduce, que vostede quere utilizar ata ó final, ou sexa, que o tiña moi pensado dende o principio, eses millóns, bueno, pois, se están usados, vostede saberá por que, creo que das Resolucións Presidenciais ou da Xunta de Goberno, non se deduce tales cantidades, supoño que serán compromisos verbais que vostede adquire, pero como sempre promete que vai ter toda a documentación e nos imos a enterar de todo, isto levámolo escoitando dous anos seguidos, cústalle traballo, debe ter a todos os administrativos aí cun problema dixital, deben ter un problema co dedo que non poden escribir, porque francamente está complicado. Con respecto ó futuro dos concellos, aí xa que xa son, xa somos moito máis pesimistas, a ver, creo que nos trae hoxe, creo que nos trae hoxe unha moción, que se debeu meter nas carpetas hai 20 minutos, antes do Pleno, ou así, na que nin máis nin menos esta Deputación pretende quitarlle os 14.400 euros que aporta ó Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que aportaba dende hai vinte e tres anos, vinte e catro, sempre foi unha miseria e segue sendo, e isto é para axuda ós países en vías de, vamos como se queira, con máis problemas de atraso, a min iso de camiño de desenvolvemento, hai algún que leva toda a vida camiño de desenvolvemento, debe de ser que ó mellor se lle torceu, pero bueno, os que están en grave situación, ou que pretende suprimirlle a achega de 60.000 euros ó Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra, home, supoño que aí tamén irá pois a utilización, non vaia a ser que despois pola utilización do Pazo teñan que pagar máis que polo que aporta, non vaia a ser; ou á Fundación Pro-Vigo, á Fundación Galicia-Europa, MARCO, á Enerxía de Vigo e Consorcio Audiovisual de Galicia. Bueno, cando queren tomar unha decisión dese tipo debe ser porque as contas lle dan de maravilla e hai cartos para todos, cando hai que recortar estas miserias en algo, parte tan triste como o Fondo de Cooperación e máis todo o resto. Entón, claro que non estamos falando dos orzamentos, pero si estamos falando das contas da Deputación, e os cartos que hai, e non parece, é que di, “é que pedimos un crédito ponte”, non, a póliza de crédito, para entendernos, a devolver e tal, para adiantarlle ós concellos que están no ORAL. Bueno, pois gran cousa, ¿non?, está ben que o fagan pero iso non significa máis que pagar os intereses por parte desta casa durante seis meses, non máis, non máis, pero o que é cartiños para transferir para outras cousas, pois, parece que non hai e se os hai, dende logo, irse a recortar en, ¿verdade?, no Fondo Galego, 14.000 euros, para mandar axuda por aí, que se cadra con cada euro compras un bote de penicilina e se aforra uns cantos mortos, ¿non?, ou o que sexa, pois francamente, moi mal debe de estar a cousa, moi malucha, ou senón vostedes, xa iso do gasto social e máis outra serie de cousas, que sempre se lle enche a boca dicindo que non van a recorte, francamente pois se esqueceron diso, francamente, aquí hai un problema serio, en todo caso xa o debateremos despois, o único que quería dicir é que non nos dá aclarado que previsións ten, porque unha cousa é non ter orzamento, e outra cousa é ter previsións, que eu saiba o orzamento é onde se plasman as previsións, dixémolo sempre, ¡eh!, unha administración local pode funcionar perfectamente con orzamento e sen orzamento, o que ten que ter é política económica e saber onde vai, perfectamente, perfectamente, sábeo, non é como na Xunta ou no Estado, iso sábeo calquera que coñeza a administración local, sábeo perfectamente, que iso mediante modificacións de crédito e outros instrumentos pódese facer, perfectamente o mesmo, o que hai que ter é política económica, orzamento parece que non vai a haber por agora, pero política económica non sabemos cal é, o que vai aflorando, dende logo, parece que non ten moi boa pinta. Pero bueno, alá vostedes, quero dicir, creo que teñen ofrecemento deste grupo, xa dende a toma de posesión, de que aquí vai a haber que tomar medidas duras, hai que racionalizar, non o quixeron facer antes, non fixeron caso e teñen a proposta de colaboración, non escoitamos nin nos chamaron para nada, nos aparecen con esta proposta, que despois debateremos, senón a retiran, que sería o máis razoable, que francamente, francamente pon os pelos de punta. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera, diso falaremos no seu momento, non desvíe agora a atención, que vostede dicía ben, que claro, é vontade política. Imos a ver, se hai dous razoamentos claros, vostedes apoiaron ó goberno socialista que prorrogou o presuposto, foron vostedes os que o apoiaron, bueno, agora non se faga cara de estraño, apoiaron mentres puideron, tiñan un votiño ou dous votiños alí en Madrid e foron apoiando e tal, e apoiaron. Entón agora, os presupostos xa do Estado que é onde emanan os presupostos da Deputación, pois foron prorrogados, nós non sabemos, evidentemente, a día de hoxe, non sabemos o presuposto que vai a elaborar o actual executivo, polo tanto, iso en primeiro lugar. En segundo lugar, vostede fala de que ás veces non é cuestión de ter aprobado o presuposto, ¿vostede que vai a dicir?, que tardaron ás veces dous anos en poder aprobar o presuposto. Porque claro, son escravos de que vostedes non gobernan en solitario, temos que gobernar coa muleta, entón coa muleta hai que chegar a acordo para poder gobernar e para facer o presuposto, senón, bueno, pois o normal, aínda que ás veces son un pouco vagos nese sentido, pois non aproban o presuposto en tempo e forma, e nós non o aprobamos porque imos condicionados ó que fixo o Goberno anterior, que non aprobou o presuposto, polo tanto, nese sentido non teño máis nada que dicir. En relación o outro tema, tranquilo, non poña o grito no ceo, en relación a esa cuestión, senón o que hai é que ser serios, facer planteamentos serios, e polo tanto, unha cousa é o que imos a fixar en papel, e outra cousa é o que fagamos no futuro, pero creo que os acordos deben de ser serios e non deben figurar aí, para que despois non se paguen, polo tanto hai que ser serios e facer os planteamentos con rigor. D. Santos Héctor, última intervención. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, na súa intervención anterior falou de todo menos do punto que nos ocupa, xa vén sendo algo recorrente pola súa banda. Vostede cuestiona a lexitimidade da elección dos demais, non cuestiona a súa, ó mellor é que se sinte incómodo na democracia, porque iso desas muletillas, vostede tamén está alí, por alí, pois mire, eu estou alí porque me elixiron, exactamente igual que calquera dos que estamos aquí democraticamente, exactamente igual, e o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, exactamente igual, democraticamente e cos votos dos cidadáns. A vostede ó mellor non lle gusta, lle gustaría máis que houbera outro alcalde ou outra alcaldesa, pero mire vostede, non é así, non é así, non é así. Polo tanto, o que nos ocupa, cando vostede fala de que foi adxudicado ou repartido con sentido común, mire, eu de vostede creo que o que menos ten é sentido común, polo tanto, ese reparto que vostede fala, ese reparto que vostede fala, non son criterios obxectivos, para nada criterios obxectivos, e nós lle estamos pedindo aquí criterios obxectivos, e vostede se escabulle falando da política nacional. Mire, as eleccións xa foron o 20 N, xa sabemos que o Partido Popular vai a rematar co paro e coa crise, igual que Feijóo aquí en Galicia, que é onde máis medra o paro, mire vostede por onde, xa sabemos que a Europa non vai, non ten que ir a Europa que isto é un problema de aquí, non, xa sabemos todo iso. E, despois, infórmese un pouquiño, as pensións vanse subir un 1% non se van a conxelar. Sr. Presidente.- Conxelounas o Partido Socialista. Sr. Rodríguez Díaz.- Vanse subir o 1% as pensións. Sr. Presidente.- Pero conxelounas o Partido Socialista. Sr. Rodríguez Díaz.- E os 16.500 millóns que teñen que buscar, que teñen que buscar, pois evidentemente, cando se goberna hai que espabilar, ¿non tiñan a receita máxica para a crise?. E mire, o que si conxelaron foi o salario mínimo interprofesional, que nunca se conxelou na vida, iso o fixo o Partido Popular xa, e veremos hoxe o que o Consello de Ministros nos depara, que parece que tamén vén boa, ou non tan peor, ata que sexan as eleccións andaluzas. Sr. Presidente.- Esa é a herencia que nos deixaron. Sr. Rodríguez Díaz.- Non, déixese de herencias, vostedes teñen que gobernar, teñen que gobernar, dixeron que nos sacaban da crise, Feijóo, ¿non dixo que en 15 días nos terminaba coa crise e remataba co paro?. Agora o problema del non é o paro, agora xa manda á Conselleira de traballo para fóra, á de Sanidade tamén, e tal, quitarse do medio. O que nos ocupa neste punto, Sr. Presidente da Deputación, é, primeiro, insisto, a incapacidade de executar un presuposto, e concellos bastante máis pequeniños, moi pequeniños, foron capaces de poñer toda a súa maquinaria en marcha para desenrolar dous anos seguidos o Plan E, que puideron destinar eses cartos a inversións, a amortizar deuda, ó que quixeran, tiveron autonomía para destinalo onde quixeran, autonomía que non lle dá a Deputación co Plan de Investimentos que hoxe queren aquí prorrogar. A Deputación non lle dá esa oportunidade, lle din que obra teñen que facer, a fai a propia Deputación, na Mesa de contratación da Deputación, a adxudica, a fai e o concello, ¿os concellos que pasa?, vostedes non cren nos concellos. Segundo, seguen sen dicir, agora di un 20% que queda sen executar, ¿o 20 % dos 14 ou o 20% dos 50, ou o 20% dos 70 millóns?, ¿que 20%?, claro, porque dependendo de que 20% sae unha cantidade ou outra. E terceiro, terceiro, lle seguimos insistindo que sexan adxudicados por criterios obxectivos, sexan de poboación, porque claro, por territorio, A Golada, ¡mi madriña querida!, que está moi ben, que está moi ben que se faga, pero, criterios obxectivos, non criterios como vostede dicía, de sentido común. E terceiro, e terceiro que eses criterios sexan aprobados aquí en Pleno, que sexan acordados aquí, que os concellos adxudiquen e executen, e fagan o seguimento desas obras, e iso é o que nos trae aquí, é o que nos trae aquí, posiblemente cando avance o ano 2012, pois, vexamos que estes remanentes, que prevén aquí neste informe, pois, se queden en nada ou en case nada. ¡Ogallá que non sexa así!. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Imos a proceder polo tanto á prórroga da vixencia do Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Resultando que as bases reguladoras do Plan de Investimentos da Deputación (PID) 2009-2011 aprobáronse na sesión ordinaria do Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra celebrada o 31 de xullo de 2009, co galo de facer fronte á grave crise económica que se estaba a producir e que estaba provocando unha enorme destrución de emprego no noso país. Para atallar esta crise, optouse nun primeiro momento, de forma case unánime na maioría dos países, por aplicar políticas económicas de estímulo fiscal, políticas de corte keynesiano, consistentes en compensar a caída do consumo privado aumentando o consumo ou gasto público, especialmente, en investimentos. Foi neste contexto no que se inspirou a aprobación do Plan plurianual de Investimentos da Deputación a executar nos exercicios de 2009 a 2011. Resultando que o PID pretendía facer investimentos por importe de 70 millóns de euros nos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes. Desa cifra de 70 millóns o oitenta por cento (56 millóns de euros) asignábanse ós distintos concellos en base a criterios obxectivos e ós investimentos a realizar e, en canto ó ritmo de execución, marcábano, en certa medida, os propios concellos, en función do ritmo de entrega dos proxectos, e tamén, loxicamente, a capacidade dos servizos da Deputación afectados pola tramitación de ditos expedientes de subvención e contratación. O restante vinte por cento (14 millóns de euros) fóronse aplicando a investimentos dos concellos a un ritmo moito mais lento, mediante concesión directa, para atender necesidades urxentes e non previstas ou acometidas con cargo a outra parte do Plan, e fíxose cun ritmo máis lento, entre outras, polas seguintes razóns: - Co paso do tempo e como consecuencia da crise da débeda soberana dos distintos países de occidente, optouse por cambiar a política económica, poñendo o acento na redución do gasto público, este cambio de política económica fixo aconsellable reducir o ritmo de execución do PID, co fin de ter unha reserva de recursos para facer fronte a futuras necesidades dos concellos nun entorno de recursos moi escasos. - A carencia da Deputación doutros recursos alleos ós do propio Plan para acometer novas necesidades de investimentos dos concellos; revelándose esta estratexia de reservar o vinte por cento como axeitada para facer fronte a estas novas necesidades de investimentos dos concellos, aconsellando, ó mesmo tempo, baixar o ritmo de execución, co fin de dispor de crédito orzamentario para facer fronte a novas necesidades futuras. Resultando que o PID/2009-2011 se concibe cunha duración trianual, polo que se entende que os investimentos financiados coa cantidade reservada para a súa concesión directa poden solicitarse ata o 31/12/2011, pero en base a todo o antedito considérase necesario prorrogar dito prazo de vixencia do Plan ata o 31/12/2012 en canto á presentación de solicitudes e polo que se refire á execución dos investimentos ata o 31/12/2013. Resultando que en canto ós créditos do PID non comprometidos a 31 de decembro de 2011, incorporaranse ó orzamento de 2012, previa tramitación do correspondente expediente de incorporación de remanentes de crédito, unha vez sexa aprobada a liquidación do orzamento xeral de 2011. Resultando que existen informes favorables da Xefa do Servizo de Cooperación, da Secretaría Xeral e da Intervención, visto o ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, á vista das razóns expostas e considerando ademais a caída de recursos que se espera para o financiamento do orzamento da Deputación do próximo exercicio, o Pleno da Corporación Provincial acorda, por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, prorrogar o prazo de vixencia do PID ata o 31/12/2012 en canto á presentación de solicitudes e polo que se refire á execución dos investimentos ata o 31/12/2013. 4.6158.- DISOLUCIÓN DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, DO CONDADO E DA LOURIÑA E INTEGRACIÓN NO CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO Sr. Presidente.- Punto número 4. Disolución do Consorcio contra incendios e salvamento das comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e integración no Consorcio provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Esta medida é unha consecuencia dun acordo que houbo neste Pleno de crear o Consorcio Provincial, co cal nós non estiveramos de acordó, polo tanto, non é tal Consorcio provincial, é resolver un problema que non metía, hai concellos que quedan no limbo, non se mete ós urbanos, ou o que sexa, e dixemos que era un paso, pero un paso, era moi á medida dunha situación e non para resolver outra de fondo, e non apoiáramos tal e como se fixo, e este que é un paso. Como consecuencia pois ímonos a abster. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, dicir que a Roma non se chega nun día, e vostede o sabe, eu sei que vostede fora un defensor, nese sentido, de que puxéramos en marcha un plan, precisamente para comarcalizar, pois poñer en marcha este servizo na provincia de Pontevedra, non hai moitos anos que se iniciou, agora mesmo damos cobertura a un sesenta e tantos por cento da poboación, o cal non está mal, e bueno, despois están os parques das dúas grandes cidades, de Vigo e de Pontevedra, pero bueno o avance de pasar de 0 a dar unha cobertura, eu calculo que en oito ou dez anos do sesenta e tantos por cento da poboación, non está nada mal, sei que hai zonas con dificultade aínda, e estamos vendo, xa digo, posibilidades, pero creo, xa digo, o traxecto, o camiño que andivemos ata aquí foi interesante, e bueno. ¿Que entendemos que o paso é este?, pois si, claro que o paso é, ¿non?, ter en marcha un consorcio en cada comarca, senón un consorcio único e de ámbito provincial, que estea perfectamente coordinado, nos aforra custos, que eu creo que é do que se trata, e damos un mellor servizo e eu creo que ese é o fin final. Polo tanto, como idea, que tamén vostede había participado nela, e había exposto aquí, que eu o recordo, pois creo que a idea e o fin está sendo bo, que cando cheguemos a darlle cobertura ó 100% da poboación, pois, bueno, non hai que olvidar que esta é unha provincia que ten moita dispersión de poboación no ámbito rural, e bueno, non será fácil, polo tanto, hai que ser tamén consciente desa realidade. Pero, despois, fóra de aí, eu creo que o fin deste consorcio pois é garantir, a un volume moi importante da poboación, precisamente, unha cobertura que non tiñan e que agora teñen, grazas neste caso ó financiamento que dá a Deputación e tamén á Xunta de Galicia. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno, vostede coñece tan ben ou mellor ca min esta situación, e polo tanto, saberá que neste aspecto se deron uns cantos paus de cego, uns cantos, bastantes paus de cego, ó principio, que se quixeron meter concellos que non tiñan obriga, bueno, non creo que sexa cuestión de facer a historia, agora o que está claro é que este paso vén forzado porque había uns parques cunha serie de problemas e de limitacións, que se adoptou esa medida de facer este Consorcio provincial, pero séguese dando paus de cego ou parches, séguese sen plantexar realmente, que desborda tamén á Deputación, todos o sabemos, iso tería que ser a Xunta e ter unha xestión integrada de todo o servizo este en Galicia, en concreto na provincia de Pontevedra, con dous obxectivos claros: un, que teña unha prestación, que ó final estase facendo igual, pero pagando ás cidades o que non lle corresponde, etc., etc., e unha prestación, unha cobertura universal; e segundo, unha racionalización de efectivos, iso falta moito para facelo, falta moitísimo para facelo, temos que recordar todo o que hai aquí, segue habendo en cada concello unha motobomba alí que vale, segue habendo non sei que, ou sexa, segue habendo unha dispersión e non se acaba de afrontar, este é un paso que tampouco afronta, tampouco afronta, vostede sábeo perfectamente. Entón, bueno, pois nalgún momento haberá que afrontalo, eu creo que plantexamentos houbo, hai moito tempo, de como había que facelo e non se fai, e non se afronta, ou o que sexa, entón, por iso, tampouco queremos montar unha polémica con isto, simplemente, en coherencia co que vimos dicindo ímonos a abster, nunca se negociou, díxose que ía, aquí dixo, cando o aprobou a primeira vez, dixo, “non, non, é que o seguinte paso…”, van alá moitos meses, “… o seguinte paso vai ser falar cos concellos”, non se falou, non se fixo nada, non era esa intención, non era, entón, temos aí unha dispersión de parques e demais que, bueno, pois, son moi caros, son moi caros, porque os bombeiros son moi caros, é que funcionan, digamos, cuns criterios que son difíciles de romper, de, bueno, que estarían moi propios, pois, cando a mobilidade e as comunicacións eran as que eran, pero hoxe son diferentes, poderían funcionar de distinta maneira, etc., pero que ninguén lle quere, ninguén se quere poñer ó fronte para solucionalo. Entón, seguimos con este tipo de funcionamento e demais, entón, bueno, que quere que lle diga, a nós nos gustaría moito máis que houbera un paso ó fronte e demais, e digo nós, grupo provincial, ¡eh!, porque incluso cando se fixo, nós non estivéramos de acordo cando se fixo aquela comarcalización de Santiago, como se fixera, ¡eh!, e, compañeiros nosos defendíana. Bueno, ó final foi un desastre pero dos bos, pero bueno, iso non é cuestión de falar nun Pleno, é cuestión de falar con moita máis calma, e á parte, con quen ten a capacidade, tería que ser o Conselleiro ou tería que ser, vamos, ter un plantexamento en serio. Non están os tempos para facer esforzos económicos, pero ter un plantexamento serio, que haxa unha cobertura e demais, porque hai toda unha serie de escalóns, pero bueno, non creo que sexa, cuestión de falar con máis calma, a especialización de certa, que ten que haber, que é imposible telos con parques moi pequenos. Bueno, toda unha serie de cousas que habería que falar, que non é tal, hai o modelo de Valencia, por exemplo, ¿non?, que os bombeiros son da Generalitat, non están asignados por provincias nin por parques nin por comarcas, bueno, están como destino de traballo, pero funcionan de maneira coordinada e pasan por funcionar bastante ben; o de Navarra, hai varios modelos por aí, dende logo, calquera menos esta dicotomía, para aquí, para alá, fago catro parques, despois os xunto, despois os teño separados e demais. Bueno, esa é a razón pola que nos abstemos, pero bueno non pensábamos ter este debate neste trámite, que é consecuencia do acordo que xa está adoptado e está funcionando, está incluso, creo, que aplicándose, ou sexa, que non ten moito sentido agora darlle máis voltas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Pero xa digo, reitero, avanzamos considerablemente e seguiremos ata completar se é posible o 100% de cobertura dese millón de habitantes que ten a provincia de Pontevedra, dun servizo básico para a poboación, complexo, como vostede ben dicía, que vostede sufriu, que o alcalde, nas propias carnes, e eu tamén, a súa complexidade á hora de, bueno, son un corpo que demanda e esixe, e bueno, pero en definitiva o importante é que estamos dando ese servizo que non se daba, e que a poboación de Pontevedra hoxe ten unha cobertura máis, que antes non tiña. Polo tanto, procedemos á aprobación deste punto número catro, da disolución deste Consorcio, que igual que este terán que vir, porque a efectos operativos vai a funcionar con data día 1 de xaneiro de 2012 o Consorcio provincial, e polo tanto, onte se disolvía tamén o do Salnés, e creo que os outros estano facendo o unísono, pero a efectos operativos o importante é que, como digo a día un de xaneiro de 2012, estará funcionando como un Consorcio provincial de contra incendios e salvamento da provincia de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Resultando que se recibiu un escrito (núm. rexistro de entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra 39109 do 17/11/2011) do Consorcio Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña no que se comunica que o Pleno dese organismo, en sesión celebrada o día 15 de setembro de 2011, adoptou o acordo de disolver o Consorcio para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento. Resultando que este acordo se someteu a información pública polo prazo dun mes e que, finalizado o prazo de exposición pública e recibidos os informes a que se refire o artigo 143 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, o acordo de disolución debe someterse ós Plenos das administracións consorciadas, que resolverán tamén as alegacións, en caso de que estas foran presentadas, requirindo o voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación. Á vista do que antecede, dos informes pertinentes e do ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno da Corporación Provincial acorda, por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: 1. Ratificar o acordo adoptado polo Consorcio Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña en sesión extraordinaria celebrada o 15 de setembro de 2011 e, polo tanto, disolver o Consorcio Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento. 2. Aprobar a integración do Consorcio Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña no Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento, que se producirá con efectos dende o 31 de decembro de 2011, subrogándose o Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento nos dereitos e obrigas do Consorcio Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e pasando os seus bens a formar parte do patrimonio do Consorcio Provincial. 3. O Consorcio Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña continuará funcionando transitoriamente ata que se renda a conta xeral. 5.6159.- RESOLUCIÓN DOS RECURSOS DE REPOSICIÓN INTERPOSTOS FRONTE Ó ACORDO PLENARIO DE DATA 28 DE OUTUBRO DE 2011, POLO QUE SE RESOLVÍAN AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “MELLORA E AMPLIACIÓN DA EP-9305 COIRÓN-RIBADUMIA-LEIRO. PARROQUIA DE PADRENDA (MEAÑO)”, APROBÁBASE DE FORMA DEFINITIVA O DEVANDITO PROXECTO E A RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS E RATIFICÁBASE A SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO Sr. Presidente.- O punto número 5. Resolución dos recursos de reposición interpostos fronte ó acordo plenario de data 28 de outubro de 2011, polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto “Mellora e ampliación da estrada provincial 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro, aquí pon lugar de Padrenda mal posto, parroquia de Padrenda, municipio de Meaño, aprobábase de forma definitiva o devandito proxecto e a relación de bens e propietarios afectados e ratificábase a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto”. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto Mellora e ampliación EP-9305 Coirón–Ribadumia–Leiro. Parroquia de Padrenda (Meaño), que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 265.182,39 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 235.826,49 euros e capítulo de expropiacións por importe de 29.355,90 euros, foi aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación Provincial na sesión extraordinaria celebrada o 9 de setembro de 2011. Coa finalidade de contribuír ó gran desenvolvemento que experimentou nos últimos anos a comarca do Salnés, a Deputación Provincial de Pontevedra realizou unha serie de actuacións tendentes a mellorar as distintas infraestruturas da zona, entre elas a estrada provincial EP-9305 Coirón-Ribadumia-Leiro. Este viario, cun trazado que supera os nove quilómetros, ten unha gran importancia ó servir de rede arterial de comunicación do Polígono de Pedreiras en Meaño co concello de Ribadumia, soportando na actualidade un intenso tráfico rodado. Os tramos de estrada comprendidos entre os p.k. 0+000 e 1+588 e entre os p.k. 2+787 e 9+534 xa se atopan executados, polo que o presente proxecto abarca a realización de melloras nun tramo de aproximadamente 600 metros, comprendido entre os p.k. 1+588 a 2+787, sen acabar ata o momento por motivos orzamentarios e que agora dótase de servizos, como o saneamento, mellorándose así mesmo a seguridade viaria. O tramo da dereita da estrada dótase con beirarrúas, pluviais e canalización eléctrica mentres que no da esquerda realízase un paseo de formigón que diferenza circulación de vehículos e peóns. Neste sentido non hai que esquecer que calquera obra de seguridade viaria nunha estrada vai supor minorar o risco de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana, a utilidade pública do proxecto e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Para levar a cabo as obras é necesario ocupar terreos particulares ante a imposibilidade de acadar un acordo amigable cos propietarios, a diferenza do acontecido no resto da estrada que, na súa maior parte, foi mellorada grazas á colaboración desinteresada dos veciños. Aínda que este proxecto foi levado ó Pleno da Corporación Provincial o pasado mes de marzo para a súa aprobación, o mesmo quedou sobre a mesa pendente dun mellor estudo por parte dos técnicos do Servizo de Infraestruturas. Ademais, dado que os tramos da estrada obxecto de mellora dotaranse de beirarrúas e da instalación de servizos complementarios, como o saneamento, o financiamento deste proxecto levarase a cabo conxuntamente, como é habitual nestes casos, pola Deputación de Pontevedra e o concello de Meaño achegando o 70% e o 30%, respectivamente, cada unha destas entidades. O concello de Meaño, o día 8 de agosto de 2011, prestou aprobación a este convenio de colaboración mentres que a Xunta de Goberno Local da Deputación de Pontevedra o aprobou o 2 de setembro de 2011. O financiamento levarase a cabo en dúas anualidades segundo o seguinte detalle: 2011 2012 TOTAL Deputación (70%) 109.192,75 € 76.434,92 € 185.627,67 € Concello de Meaño (30%) 46.796,90 € 32.757,82 € 79.554,72 € INVESTIMENTO 155.989,65 € 109.192,74 € 265.182,39 € Despois de someterse a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do Edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 182, de data 21 de setembro de 2011, no taboleiro de anuncios do concello de Meaño, en varios xornais da localidade, e despois de notificarse individualmente ós afectados a apertura do devandito período de información pública, presentáronse unha serie de alegacións que foron resoltas polo Pleno da Corporación Provincial na sesión celebrada o 28 de outubro de 2011. Notificado o devandito acordo ós propietarios que formularon alegacións, agora preséntanse dous recursos de reposición que son obxecto do presente expediente. Por iso e á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas e visto o ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade o seguinte: Primeiro. A resolución dos recursos de reposición interpostos fronte ó acordo plenario, de data 28 de outubro de 2011, polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto Mellora e ampliación EP-9305 Coirón–Ribadumia – Leiro. Parroquia de Padrenda (Meaño), aprobábase de forma definitiva o mesmo e a relación de propietarios e bens afectados e ratificábase a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación, segundo o seguinte detalle: a) Estimar parcialmente o recurso de reposición interposto por Dona María Eugenia García Castro xa que loxicamente durante a execución das obras tomaranse as medidas oportunas para evitar danos ó emparrado do terreo nº 2 que non é obxecto de ocupación. En canto á alegación relativa á redución da superficie a expropiar, ó obxecto de non afectar dúas cepas de caíño existentes en dita finca, esta desestímase xa que a utilidade pública da obra prevalece sobre o interese particular da propiedade, contemplándose no proxecto unha plataforma adecuada ás necesidades da obra. b) Estimar parcialmente o recurso de reposición interposto por Dona Elvira Castro Castro, finca nº 7, xa que se procederá a trasladar o tramo de muro que se afecte depositando as pedras no linde desa finca, sen que por tanto o devandito muro sexa obxecto de valoración no trámite procedemental oportuno. 6.6160.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE EN RELACIÓN CO PLAN CONCERTADO Sr. Presidente.- Punto número 6. Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista de Galicia-PSOE, en relación co Plan Concertado. D. Francisco Veiga. Sr. Veiga Soto.- Moitas gracias Sr. Presidente. Dende o Grupo Socialista estamos a ver nas últimas semanas, no último mes e pico, seguramente, con preocupación como a maior parte dos concellos tanto da provincia como os de toda Galicia, incluso algunha Deputación, vén reclamándolle á Xunta de Galicia o mantemento do Plan Concertado. Este instrumento que naceu para sustentar as políticas sociais dos concellos está véndose realmente atacado por parte do ente autonómico, cando en todo momento estase dando outro discurso cando se fala dos presupostos da Xunta de Galicia, cando se fala de que non se ían a tocar e que serían as únicas partidas que non se minorarían, as relativas ás políticas sociais, pero sen embargo todos os alcaldes, alcaldesas e membros de gobernos municipais ven con asombro como a estas alturas do ano o Plan Concertado redúcese en torno a un 80% con respecto ó ano 2010, cando na convocatoria de axudas que había para este programa se establecía que non se ía a minorar con respecto á cantidade aportada pola Xunta de Galicia no ano, precisamente no ano 2010, isto supón un prexuízo importante para os concellos, que de repente a estas alturas do ano, pois, como por exemplo, o concello de O Grove, sen ir máis lonxe, dos 35.000 euros que tiña presupostados para axuda a domicilio ven como a Xunta de Galicia só vai a aportar 3.000. Este prexuízo económico para os concellos redúndase nun prexuízo importante para todas aquelas persoas que veñen sendo beneficiarias deste servizo de axuda a domicilio, ou outros que se veñen cubrindo coas prestacións do Plan Concertado, por iso creemos que é importante tomar un acordo tal e como se tomaron noutros entes, como se tomou por exemplo na Deputación de Ourense, de que a Xunta de Galicia manteña estes fondos que estaban comprometidos para co Plan Concertado, e que se manteña en todo momento esta asignación, para que as políticas sociais desta provincia, destes tantos concellos desta provincia, non se vexan minorados en ningún momento. Por iso tamén, en caso de que non sexa así, pedimos que o Sr. Presidente teña a capacidade de exercer accións contra esta proposta da Xunta de Galicia, tal e como outros alcaldes doutras cores políticas, ou da mesma cor política que o Sr. Presidente, anunciaron que ían a tomar, en caso de que non se mantiveran estas achegas, é difícil, é complicado entender, como, cando sempre dende o Partido Popular se intentou defender, porque os criterios de dispersión, envellecemento da poboación, como antes escoitamos en relación ó Plan E, como criterios a ter en conta nos momentos de distribución das achegas que chegan do Estado, como un elemento claramente redistribuídor da riqueza e das posibilidades de equiparación social, como son estes plans concertados, onde esta, precisamente esta dispersión poboacional e este envellecemento, son precisamente os criterios que fan necesario estas achegas por parte da Comunidade Autónoma. Como agora, neste momento retiran dun plumazo estas achegas tan importantes para todos os concellos, e a retiran, como dicía antes, a finais de ano, cando xa non hai marxe de manobra ningún para que os concellos fagan os axustes necesarios para seguir mantendo estas políticas sociais. Nós, dende aquí, pedimos en primeiro momento, como dicía, ese mantemento desas políticas, pedimos esa defensa a ultranza dos intereses dos pontevedreses e das pontevedresas, que están nunha peor situación social e económica, por parte do Presidente da Deputación. E, pedimos tamén, en caso de que non se atenda a esta reclamación, por parte da Comunidade Autónoma, que sexa o ente provincial, que sexa a propia Deputación a que complemente estas achegas que se lle fan ós concellos para o Plan Concertado, para que as políticas sociais dos diferentes concellos sigan mantendo o nivel asistencial que tiñan ata o día de hoxe, era o que lle pedíamos ó Sr. Presidente, o que esperamos que igual que noutros entes, como dicía antes, na Deputación de Ourense, ou como se está pedindo dende outros concellos, sexa aprobado neste momento, neste Pleno da Deputación de Pontevedra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Veiga. Dona Marta Iglesias ten a palabra. Sra. Iglesias Bueno.- Bos días a todos. A presentación desta moción é un exemplo máis das incongruencias do Partido Socialista, o que fai unha cousa cando goberna en Madrid e logo di a contraria alí onde non goberna e fai oposición. Me gustaría que esa defensa a ultranza da que fala a fixera cando gobernaba o seu partido en Madrid, primeiro, porque estamos nesta situación debido ó incumprimento do Estado, do goberno do Sr. Zapatero co financiamento do Plan Concertado do ano 2011. O Ministerio envía un millón menos que no 2010, pasa de 8 a 7 millóns de euros, é dicir, reduce a súa aportación nun 12%. Segundo, porque unha vez máis por culpa do incumprimento co financiamento das autonomías, pactado no Consello de Política Fiscal e Financeira, a Xunta de Galicia vese obrigada de novo a facer un axuste que repercute nesta orde do Plan Concertado en 2,4 millóns de euros, isto é un axuste do 5% no orzamento deste ano, non do 50% nin do 80%, como di a súa moción. En terceiro lugar, porque no 2010 houbo un incremento importante de persoas por SAD a dependentes, provocado en parte pola utilización que moitos concellos fixeron dos Fondos do Plan E para cofinanciar este servizo, cousa que non fixo nin defendeu no seu momento nin o concello de Vigo nin o concello de Marín. Esta subida en número de dependentes cuantifícase en que no ano 2011 incrementouse en 2,5 millóns o destinado a SAD a dependentes, posto que é unha obriga atender o dereito dos dependentes recoñecidos e atendidos, e este feito levou á redución da outra área subvencionada polo Plan Concertado, que é o SAD básico, do que vostede está a falar, para non dependentes e para as nóminas dos traballadores. Polo tanto, xa lle adianto que non lle imos a aprobar esta moción tal é como está plantexada, xa que ademais de estar chea de inexactitudes, por chamalas dalgunha maneira, utiliza un tono pouco conciliador para negociar con outras administracións, como son, exercitar accións legais, etc., e logo, toma como referencia un ano, o 2009, no que a Xunta adicou menos cartos ó Plan Concertado que no 2010. Pero tamén teño que dicirlle que as persoas, neste caso concreto, o mantemento dos servizos sociais, son unha prioridade para nós, e non unha prioridade de boquilla ou de quita e pon, e por iso estamos traballando codo con codo coa administración, a Xunta de Galicia, para que os concellos, as Deputacións e a administración autonómica esteamos coordinados. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Marta Iglesias. Ten a palabra D. Francisco Veiga. Sr. Veiga Soto.- Moitas gracias Sr. Presidente. Sra. Iglesias, bos días. A verdade é que, a ver, exercitar accións legais, solicitamos que se soliciten en caso de non atender, tal e como reclamaron outros destacados dirixentes do seu partido, incluso algún membro deste órgano no que estamos agora mesmo aquí representados, ou sexa, creo que non é nada descabellado intentar defender os intereses dos que menos teñen cunha acción levada a cabo por parte da Xunta de Galicia, unilateralmente, a unhas alturas de ano das que non hai marcha atrás das políticas que se fixeron ata o momento, ata ó día de hoxe, o ano 2011 xa non é ano de Plan E, non é ano de Plan E, xa non hai nada de Plan E, ou sexa, xa non hai accións levadas a cabo co Plan E, e o concello de Marín non levou a cabo ningunha acción relacionada co Plan E que tivese que ver co mantemento de servizos sociais. Tiñamos o Plan Concertado e tiñamos os fondos propios, non había nada máis, Plan concertado e fondos propios, nada de Plan E, nada de financiamento externo que non fora que estaba realmente comprometida e asumida politicamente, e despois, por parte do Partido Socialista do concello de Marín, igual que no concello de Marín no concello de Vigo e noutros concellos. Despois, fálame vostede do millón menos que veu por parte do Estado da nación á Xunta de Galicia, seguramente, seguramente, senón fora a Comunidade que está máis retrasada en valoracións de dependentes non ocorrería iso. E, ¿por que é a Comunidade que está máis retrasada en valoración de dependentes?, pois, é algo que lle teríamos que preguntar á Conselleira de Traballo, é algo, seguramente non terá nada que ver con esa proposta de consenso, de colaboración que facía antes, que se é por consenso e por colaboración eu non teño problema de presentar aquí agora mesmo, “in voce”, a proposta que se aprobou na Deputación de Ourense, e que aprobou o Partido Popular, agora mesmo, sen problema ningún, porque o que queremos dende o Partido Socialista é que lle chegue á Xunta de Galicia a proposta de manter o nivel que había ata o momento, ata hoxe, de asistencia ós concellos no Plan Concertado, e, se quere, léolle os puntos do acordo, léolle agora mesmo os puntos do acordo desa moción: “Esixir á Consellería de Traballo e Benestar a que non leve a cabo nin un só recorte en Servizos Sociais, e que todas as axudas se restablezan tal e como estaban o ano pasado; e esixir unha explicación ó Presidente da Xunta de Galicia de por que anuncia que non se van a producir recortes nestes temas e logo si que se levan a cabo”. Se lle valen estes puntos de acordo, a nós válennos, e foron aprobados polo seu partido na Deputación de Ourense, ¿por consenso?, todo o que queira, sobre todo cando se fala de políticas sociais e de atención a dependentes, todo o que queira por parte do Partido Socialista. Entón, eu o que quero aquí é que se segan defendendo, que se segan mantendo, algo que a todos os alcaldes e alcaldesas desta provincia lles é indispensable para manter a axuda a domicilio, para manter a axuda a dependentes, para manter as políticas sociais de todos os concellos, concellos pequenos e concellos grandes, aquí están todos metidos no mesmo saco, porque a necesidade é a mesma para todos, e sobre todo atendendo á gran dispersión e o envellecemento da poboación que temos en toda Galicia, é algo incomprensible que se teña asumido esta proposta por parte do Partido Popular, que se teña trasladado ós concellos e que a estas alturas do ano se lle diga ó Alcalde de Agolada, ó Alcalde de Mos, ou de onde sexa, que non vai a ter o que se lle comprometera para atender ós seus veciños e veciñas, con políticas moitas veces que están asumindo os concellos, sendo propias da Comunidade Autónoma, moitas veces, e esta é a perversión do sistema, e o que intentamos seguir mantendo é que os cidadáns e as cidadáns segan tendo as posibilidades de equiparación social, estean alí onde estean, teñan a dependencia que teñan e teñan o grado de necesidade que sexa necesario. Se lle valen eses dous puntos da moción de Ourense plantexámolo aquí, senón lle vale é que, a realidade, non buscaba consenso e o único que intenta é defender unha proposta totalmente inasumible por parte do seu partido, Sra. Iglesias. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Veiga. Ten a palabra Dona Marta Iglesias. Sra. Iglesias Bueno.- Bueno, si usted quería presentar la moción que aprobaron el Partido Popular en la Diputación de Orense tendría que haber presentado esa moción, pero usted presentó otra moción muy distinta, entonces, en principio, lo que estamos debatiendo es esa primera moción. Yo no tengo mucho más que decir de lo que dije la vez anterior, ustedes hacen una cosa cuando gobiernan y otra cuando están en la oposición, y un ejemplo claro es el suyo que es exalcalde de Marín. Usted sabe que en el Plan E tenía un 20% para hacer proyectos de servicios sociales, que usted no utilizó; igual que el ayuntamiento de Vigo tenía ese 20% para hacer proyectos de servicios sociales y tampoco lo utilizó, se dedicó a hacer aceras y ninguna infraestructura de Servicios Sociales, ni una sola plaza creada de Centros de Día, ni una sola plaza creada de Escuelas Infantiles. Por lo tanto, su defensa de los servicios sociales se queda un poco pobre, se queda un poco pobre porque sólo los defienden cuando están en la oposición, cuando gobiernan se olvidan de ellos. Mire, nosotros seguimos diciendo que vamos a votar en contra porque ahí no hay ningún alcalde en esa bancada ni en la del BNG ni en la del PSOE, aquí en esta bancada del Partido Popular hay 8 alcaldes que le aseguro que van a defender con uñas y dientes los servicios sociales municipales, con uñas y dientes, y vamos a trabajar coordinadamente con la Xunta de Galicia, con el Estado, para mantener los servicios sociales, el Plan Concertado Municipal y todo lo que haga falta, porque las personas son nuestra prioridad. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Muchas gracias Sra. Iglesias. Sr. Veiga, ou quérese sumar o Sr. Mosquera tamén, parece, lle damos a palabra, ¿ou quere?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Veiga. Gracias Sr. Presidente. A ver, hai un problema claro, definido e sen ningunha discusión, co Plan Concertado e coas transferencias que chegan a final de ano, moito menores que as que estaban previstas, ¿si ou non?. Si, si o hai, e probablemente, Sr. Presidente, tivera que escoitar á cantidade de alcaldes ou concelleiros-concelleiras do seu grupo subirse polas paredes, e virlle pedir axuda a ver onde votaba a man para gastos que xa tiñan feitos e que non, o financiamento previsto non lle chegou por parte da Xunta, ¿non?, ese problema existe, creo que existe e ninguén o nega, agarrarse a que esa moción está escrita nun texto en letra gótica ou en non sei que e aparecer aquí co argumentario da Consellería, francamente, francamente, con todos os respectos, bueno, non ten así como moita consistencia, ou sexa, hai un problema. Ben, agora, algo deben ter, algo debe haber, algún ruxe debe haber dos seus alcaldes cando aí hai outra moción de urxencia, presentada así á última hora, metida na carpeta á última hora, na que así, un rollo, non sei que, pero algo diso falan, parece que hai un problema, hai un problema claro, ¿verdade?, e demais, ou sexa, que a Xunta de Galicia lle pegou a navallada ós concellos, que en todo caso aínda que houbera ese recorte de financiamento ou non houbera, porque iso das contas cada un as fai segundo lle parece, un mareo espléndido, pois puido avisalo seis meses antes, oito meses antes ou un ano antes, puido avisalo e non lle metía ese problema, non se metía ese problema ós concellos que agora a ver como fan fronte á situación. Isto, aquí, di vostede que hai oito alcaldes, e supoño que os oito estarán pensando a ver como pechan a porta, porque isto de facer lexislación “ad hoc”, á medida, e pasarlle obrigas ós concellos, pero nunca cun financiamento comprometido definitivo, cando as cousas van medianamente ben, economicamente os concellos ó final teñen máis ingresos incluso, os que contan, pois aguántanse, pero cando a cousa vai mal resulta que, a obriga tela, botaches man do servizo e despois crack, crack, e quedas no aire e pedaleando. E realmente, como todos sabemos, a FEMP e a FEGAMP o que serven é para aplaudir, serven exactamente para aplaudir, non para outra cousa, por agora non serviron nunca para outra cousa, a non ser para aplaudir, e seguen aplaudindo medidas que están levando ós concellos á bancarrota, incluso os que tiveron unha xestión moi aquilatada e foron moi prudentes, moi prudentes, á hora de gastar. Volvendo ó principio, hai un problema que se trasladou ós concellos de maneira, por sorpresa, a traición ou como sexa, fora da orixe que fora, por parte da Xunta, si o hai, ninguén o nega, vale, ¿quérese aprobar algo relativo a isto?, pois, como que non sobraba, como que non sobraba, viña ben, agora, os estudos están pechados e mandan que non. Bueno, pois entón, obviamente, nós votaremos a favor da moción e alá vostedes coa súa responsabilidade e co seu discurso, porque non estamos falando de forzas políticas, estamos falando de administracións que teñen que prestar uns servizos ós cidadáns, que prestaron, e que despois lle quitaron cos cartos que tiñan, e non os teñen, e teñen un problema grave, estamos falando diso, ¡eh!, se se quere entender así si e senón, nos veñen co argumentario da Consellería. Bueno, pois na Secretaría Xeral ou onde fora, ou na empresa, fixeron un bo traballo, pasáronllo a vostede, pero iso que o diga a Xunta, aquí, de verdade, non é o lugar, aquí estamos, somos administración local non somos autonómica, somos administración local, estamos para substituír ós concellos, ou polo menos se lle enche a boca continuamente diso. Entón, se se quere aprobar, se se quere aprobar, e son razoables, non debeu chegar aquí esta moción sen pulir algo antes, pero bueno, iso non é responsabilidade nosa, se queren aprobar algo racional, pero que deixe claro o que está pasando e que non é de recibo para administración local, pois apróbeno, senón alá a súa responsabilidade. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias Sr. Mosquera. D. Francisco Veiga. Sr. Veiga Soto.- Gracias Sr. Presidente. Sra. Iglesias, creo que a noticia da Voz de Galicia de “La rebelión por los recortes en el servicio del hogar llega al PP”, creo que non é só cousa do Partido Socialista, creo que ademais incluso dalgún compañeiro da súa bancada, entón creo que si, hai alcaldes, hai alcaldes que están sufrindo os recortes que se están producindo agora a final de ano, e o que pedimos dende aquí é que se manteña o que estaba asignado, porque realmente hai un problema, o dicía o Sr. Mosquera, hai un problema real, que había un compromiso e ese compromiso non se está cumprindo, e o Partido Socialista si que cumpre, tanto estando na oposición como estando no goberno, nos dous lados, e se quere entramos nun debate no concello de Marín e no concello de Vigo, pero aquí estamos no ente provincial, e estes seis deputados que estamos aquí estamos representando á provincia, que iso é algo que moitas veces non se capta, pero aquí estamos representando á provincia no seu conxunto, e hai compañeiros que son alcaldes e compañeiros que son deputados, e compañeiros que son concelleiros, e hai compañeiros que son incluso beneficiarios, porque hai moitos, en todos os partidos e de todas as idades, e de todos os estatus sociais. O que pretendemos aquí é que non se eliminen, de que non dilapide, que non se faga morrer ós servizos sociais dos concellos, que é o que se pretende con esta proposta da Xunta de Galicia, con ese recorte do 80% non vai haber manobra de ningún tipo, non vai haber cintura de ningún tipo para que os servizos sociais dos diferentes concellos segan vivos, unicamente iso, vivos, non vai haber posibilidade de atender a ninguén, e os que son agora alcaldes van a saber o que é dicirlle que non a xente que realmente o necesite, que non, que non é que non, porque non vai haber posibilidade de nada, porque o plan concertado da Xunta de Galicia estase eliminando por completo, a pesares da publicidade, dos anuncios e de toda a parafernalia mediática que están utilizando a Sra. Conselleira e o Sr. Presidente para dicir que non, pero a realidade é esta, 80% menos, 80% menos, é a realidade do Plan Concertado. E o ano 2010 había algo máis, algo máis, que tamén se recortara, pero había algo máis, agora están deixando sen nada, sen absolutamente nada, e como dicía antes está moi ben o argumentario da Xunta de Galicia, está moi ben, pero creo que é hora de que pense por si mesma, e que pense no conxunto da provincia de Pontevedra, e se é necesaria ou non, e cando fala de consenso, e lle plantexamos un consenso, lle traemos dous puntos á parte por senón lle gusta este, porque se son moi duros para que o Partido Popular de Pontevedra poida defender os intereses da provincia, se son moi duros, entón, pois mire, volvamos a unha fórmula menos “dura”, como foi aprobada por todos os grupos na Deputación de Ourense, o Sr. Baltar aprobou estes dous puntos, aquí é tan diferente para que poidamos aprobar estes dous puntos e esixir á Xunta de Galicia que se manteña esta aportación a todos os concellos, ¿é tan difícil?. Non se preocupe que o último punto, o de que a Deputación complemente esa cantidade, xa o presentaremos noutra moción á parte, non se preocupe, facémolo á parte. Pero, é tan difícil que se lle reclame á Xunta de Galicia que se manteñan, e que se lle reclame ó Sr. Presidente da Xunta de Galicia, que diga, ¿por que?, ¿por que?, parece Mouriño, xa, ¿por que?. Non se están cumprindo os compromisos que eles mesmos adquiriran, é tan difícil de entender iso e de apoiar iso, cando noutras institucións se está apoiando, noutras institucións do Partido Popular, igual que esta, igual que esta, é tan difícil intentar defender os intereses de todos os cidadáns na provincia, se é tan difícil, entón, apaga e ímonos, senón aquí ten a nosa proposta clara e leal sobre a mesa, facemos a proposta de Ourense, facemos eses dous puntos de Ourense, deixamos o que plantexabamos nun primeiro momento, “in voce”, está recollido na acta do Pleno, os dous puntos, senón hai problema, por parte de todos os grupos, facemos esa votación con eses dous puntos, se é tan difícil, entón, non me fale de consenso, non me fale de malos modos, porque o único que había é unha intencionalidade de defender a postura do Partido Popular en Santiago, en Santiago, á marxe dos intereses da provincia, esa é a realidade. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra Dona Marta Iglesias. Sra. Iglesias Bueno.- Si, ya para finalizar el debate. Yo no he dicho que no hubiese una preocupación por parte de los alcaldes, que si que la hay, claro que la hay, por supuesto que la hay, y también le decía que esos mismos alcaldes que tienen esa preocupación y todos nosotros que somos concejales de nuestros ayuntamientos, y en mi caso he tenido responsabilidades en servicios sociales, también estamos preocupados por el mantenimiento de servicios sociales. Otra cosa es de la manera que hagamos esa coordinación, esa relación entre administraciones para llegar a un financiamiento, un financiamiento estable, y no lo que estaba pasando hasta ahora. Por eso, presentamos esa moción que se debatirá fuera del orden del día, y entonces, bueno, pues espero que ese momento, ese consenso del que usted habla, pues lleguemos a un acuerdo. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Iglesias. Procedemos á votación da Moción presentada polo Partido Socialista en relación ó Plan Concertado. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE en relación co Plan Concertado. 7.6161.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE EN RELACIÓN CO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO DE VIGO (MARCO) Sr. Presidente.- O punto número 7. Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista de Galicia-PSOE en relación co Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO). D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. No Pleno ordinario do concello de Vigo que se celebrou o 28 de novembro, referido á débeda contraída pola Deputación de Pontevedra co Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, co MARCO, se acordou, o Pleno acordou instar ou demandar da Deputación de Pontevedra que se aboaran esas cantidades, que estaba en débeda co Museo de Arte Contemporáneo, de forma inmediata. Ben, no día de onte temos noticias que por parte do Vicepresidente da Deputación e Portavoz do Partido Popular en Vigo, o Sr. Figueroa, foron aboada as tres anualidades. Polo tanto, felicitar de que aínda que fora tarde, porque aínda que son débedas do ano 2009, 2010 e 2011, pois que se fixera. (Non sei que lle pasa ó meu viceportavoz que está inquieto). Pero, nese Pleno ocorreu un feito insólito, que é que o Portavoz do Partido Popular, o Sr. Figueroa, exhibiu dous cheques orixinais e máis unha reserva de crédito das tres anualidades, feito insólito, dous talóns orixinais, que vimos todos, todos os medios, e que dende logo non é nada edificante que un cargo público, ademais Vicepresidente da Deputación, exhiba ese diñeiro de todos os pontevedreses e pontevedresas, e moito menos que o leve no peto, os cartos públicos deben estar custodiados por funcionarios públicos, non poden, non podemos os cargos públicos andar cos cartos no peto paseándoos por onde nos veña en gana. Polo tanto, como Portavoz do Grupo Provincial Socialista, lle enviei unha carta Sr. Presidente, poñendo estes feitos no seu coñecemento e ademais instándolle a que abrira dúas comisións de investigación. Como non tivemos resposta a ese feito, pois presentamos esta moción, porque en aras do respecto desta institución, deste organismo oficial no que nós estamos, o que vimos a pedir é transparencia, pedimos transparencia, e que os cidadáns vexan nesta institución un modelo de uso dos fondos públicos, un modelo. Que, dende logo, nós coñecemos a raíz deste feito, xa tiñamos noticias de moitos, onde, incluso vostede, Sr. Presidente, vai a clubs de remo ou a outras entidades e leva os cheques encima para aboar as subvencións ou as cantidades. Iso dende logo, dende logo, teñen que convir comigo que non é nada edificante para un organismo público, nada edificante. Pois, nesa ara desa transparencia, nós o que vimos a dicirlle é de que todos os pagos, todos os pagos se fagan por transferencia, e aquí a miña compañeira de corporación, dobre compañeira de corporación de Vigo, e aquí, falaba de Vigo. Mire, nós creo que lle transferimos dous millóns de euros do que nos toca como concello á Deputación, e facemos unha transferencia, non lle dicimos a vostede, Sr. Presidente, que veña alí a poñerse de rodillas no concello de Vigo e lle dea ó alcalde de alí ou a alguén un talón. E todo o que se fai a entidades se fai por transferencia, por transferencia, é a mellor maneira, a máis clara, a máis transparente, e, dende logo, a menos humillante para as persoas que o reciben. Por iso, como é algo que nós entendemos que é grave, lle pedimos nesta moción, evidentemente, xa, demandar que paguen eses fondos, como foron aboados onte, nós aceptamos unha emenda, que creo que obra no seu poder, do Bloque Nacionalista Galego, onde di, engadir un novo parágrafo, para nós sería no punto primeiro, onde é demandar á Deputación, eliminar e que apareza isto. Tamén temos coñecemento de que temos unha moción da Presidencia, que tivemos coñecemento agora, non sei se a vai a tratar neste punto ou se vai a tratar de forma individual, pero dende logo, dende logo, nós aceptaríamos esta emenda do Bloque Nacionalista Galego, e o que si cremos que é moi importante, en aras da transparencia, e da credibilidade desta Deputación, de que se cree unha comisión de investigación para esclarecer estes feitos dos cheques, que se abra un expediente informativo para saber quen custodia estes fondos públicos, ¿como están custodiados estes fondos públicos?, e tamén instarlle, Sr. Presidente, a que se poña fin a esta práctica de levar os fondos públicos no peto os deputados ou órganos de goberno desta Deputación. Que se faga por transferencia, e despois fagan vostedes os actos publicitarios que lles dea en gana, como os engarces nos periódicos, todos eses carteis que temos sembrados por aí, o plan Coia en Vigo, pero que nunca se desenrolou, fagan a publicidade que lle veña en gana, pero en aras da transparencia, que todos os abonos se fagan por transferencia e non anden cos talóns por aí, porque lle reitero, os fondos públicos teñen que ir custodiados por funcionarios públicos, non poden andar na man de cargos públicos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Pero antes de darlle a palabra ó Sr. Figueroa, que foi quen lle entregou, é que me apetece moito dicir algunha cousa, me sinto cunhas gañas, eu pensei que vira ó Sr. Figueroa nunha gasolinera, pero non, veuno en Vigo, teño que dicirllo en primeiro lugar. En segundo lugar, non está situado nas novas tecnoloxías, ¿vostede non sabe que se pode sacar unha fotocopia dun cheque e sae en cor?. ¿Vostede non está situado nas novas tecnoloxías?. A verdade é que eu pensei, home, será que a Vigo aínda non chegou a fotocopia en cor, será iso, será, non sei, é que me apetecía dicirllo, dixen eu, pensei que vira ó Sr. Figueroa nunha gasolinera, ou no surtidor ou na cafetería, nun deses sitios, pero non, parece que non foi así, e lle recordo, por certo, porque dicía iso de final, de que, publicitarios, facemos moitos actos con moita propaganda. O único alcalde que foi multado por andar facendo propaganda se chama Abel Caballero, cando non debía, ademais, porque se a fixera, que a fai todos os días, pero fíxoa de maneira indebida, ¿que lle parece?. Por tanto, Sr. Figueroa, ten que permitirme que dixera estas cousas porque me apetecía así, coloquialmente, non, e polo tanto, que non me cabía no corpo senón llo digo, e me quedaba mal. O Sr. Figueroa ten a palabra. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, eu creo que, vou a intervir por respecto a este Pleno, seguramente polas palabras de D. Santos Héctor, porque detrás desas palabras, como están acostumados a mentir, a calumnia permanente, seguramente aquel Pleno non lle gustou a vostede, non lle gustou que nun Pleno da corporación, para argumentar unha mentira e unha calumnia de vostedes, o que lles fala xustificou como estaba a situación dos expedientes, evidentemente, que como Vicrepresidente desta Deputación, pedín unha copia do expediente completo, que a sigo tendo aquí, a sigo tendo comigo, e cando queira llo ensino, non con fotos, pero vai ó despacho, se quere, despois, co Interventor, e lle ensino as fotocopias como están, do expediente completo, porque teño a obriga, como representante desta corporación, de contrarrestar as mentiras e as calumnias de vostede e do Sr. Alcalde, das mentiras permanentes que din continuamente, e que se acabaron xa, se acabaron as boas palabras, a partir de agora vamos a desmontarlle todas as mentiras, porque é unha calumnia e unha difamación que alguén poida dicir que a Deputación de Pontevedra non colabora coa cidade de Vigo. Mentira, calumnia, difamación, única e exclusivamente por unha estratexia de confrontación, primeiro co Presidente da Xunta, agora co Presidente da Deputación, e despois con todos os membros do Partido Popular, esa é a calumnia e difamación permanente na que está sumido o alcalde de Vigo. E polo tanto, como había unha calumnia e unha difamación permanente, tomei a decisión, no Pleno da corporación, no Pleno da corporación, non en ningún lugar fóra de aí, xa non quero entrar noutras cuestións, en ningún lugar fóra, non, no Pleno da corporación, diante dos 27 membros da Corporación de Vigo, do Secretario, do Interventor, do Sr. Alcalde, e de todos os periodistas que dan fe do que pasa en cada Pleno, e por suposto do público, demostrarlle en que situación estaba o expediente do MARCO. E lle dixen que había unha subvención cun talón dunha data de febreiro, con outro dunha data de xullo, con outro, unha consignación presupostaria, e é normal. ¿Que quere vostede?, que eu me cale e que lle deixe ó alcalde de Vigo mentir, non, e por suposto que pedín ós servizos municipais ou técnicos desta casa, o expediente, a fotocopia, e teñen a obriga de darma, como lla poden dar a vostede, se a quere lla fago, e lla fago en cor, e claro que se ve perfectamente reflexada. Eu non me río, que non é ningunha gracia o que vostede insinuou, continuamente calumniando e difamando, porque se cadra vén un día, falamos, mire, eu levo vinte e catro anos na corporación de Vigo e nunca tiven a máis mínima cuestión dun xulgado, só unha vez que me demandou un concelleiro de vostedes, única vez, e para iso quedei absolutamente absolto, non cheguei a ningunha tramitación xurídica, porque durante vinte e catro anos tendo responsabilidade, o mínimo que poden facer vostedes é ter un pouco de delicadeza cando moitos de vostedes están pasando polos tribunais permanentemente, vinte e catro anos sen pisar un xulgado, ¿vale?. Esa é a miña situación e o meu escenario político, non poden dicir vostedes o mesmo, porque ó mellor algún día teremos que falar cando vostede foi representante da UXT, como facían vostedes para chegar a certos acordos urbanísticos, ó mellor falamos algún día, ¡eh!, cos de Díazmar e algún máis, que vostede negociou, pero iso xa o falaremos algún día, porque agora vamos a entrar seguramente nunha etapa onde vamos a empezar a desmontarlle todas as calumnias e mentiras, que vostedes están permanentemente con insinuacións e difamando ós membros do Partido Popular, a todos os membros, ademais, non só na corporación de Vigo. É que ó alcalde de Vigo lle vale todo, e claro, o MARCO, os cidadáns de Vigo agora saben, ¿sabe o bo de todo isto?, que os cidadáns de Vigo saben que a Deputación de Pontevedra lle dá 150.000 euros ó MARCO de Vigo, 600.000 euros nos últimos catro anos. Pero non só iso, vostede sabe que o MARCO é unha decisión política do Partido Popular, de crear o MARCO e rehabilitar a antiga cárcere de Vigo, dun goberno do Partido Popular, cun alcalde do Partido Popular. Non ve como están nerviosos en todo, é que se poñen nerviosos en todo. Pois mire, si, é que é así, con D. Manuel Pérez e Dona Maite Fernández, e se quere lle digo de onde saíron os fondos, ano 1997, Fondos INTERREG, 7.000.000 de euros que acadou o goberno, é que non se enteran, claro, e despois veu o Sr. Príncipe, e si, aí lle meteu unha liquidación e un modificado de 6.000.000 de euros, que non sabemos a día de hoxe, aínda, onde están eses 6.000.000 de euros, eses aínda non sabemos, investigarémolo algún día. Esa é a situación real, real, por iso a aposta do Partido Popular polo MARCO de Vigo foi dende o primeiro día, pero o máis grave de todo é que pasaron alcaldes de todas as cores políticas, D. Ventura Pérez Mariño, a Sra. Porro, o Sr. Príncipe, e non houbo nunca ningún problema, pero chega o alcalde actual e parece que os problemas son continuos, de difamación, de mentiras e de enganos. Mire, lle volvo a repetir, D. Santos Héctor, a Deputación de Pontevedra sempre cumpriu os seus compromisos coa cidade de Vigo, sígueos cumprindo, sígueos cumprindo, lle guste ou non lle guste, o que pasa é que vostedes son expertos en falta de xestión, ineficacia, no que levan a cabo, e destrozar todo o que tocan nas súas mans. Menos mal que a cidade de Vigo tivo a sorte de ter un Plan E, porque senón, Fundación Pro-Vigo, destrozada, pero non é polo Partido Popular, agora xa non son capaces de chegar a un acordo cos empresarios nin coa Cámara de Comercio; Mancomunidade de Vigo, non é un problema do Partido Popular, non houbo nin un só proxecto en catro anos, nin un só proxecto en catro anos. E cando queiran tamén falamos das contratacións da Mancomunidade, cando queiran, cando queira; e do Porto de Vigo, tamén, cando queira, e do concello de Vigo, tamén, cando queira, un día falamos se quere e abrimos ese debate, porque están calumniando permanentemente, un día abrimos ese debate, porque a relación é longa, é longa, non son un, nin dous, nin tres, nin dez, nin quince, nin vinte, ó mellor supera o centenar, se quere falamos algún día, falamos, falamos, lle estou trasladando estas mensaxes para que as colla, porque ó mellor vamos a falar e vamos a abrir ese debate; o que esteamos calados e non intentemos crispar a vida política, é porque nos parece que merecen un respecto moitas persoas que están no paro e o están pasando mal, pero ó mellor vamos abrir ese debate, vamos a abrir o debate dos medios de comunicación, dos programas pagados, das artistas e dos artistas que actúan nese debate, como se fan as preguntas, como se paga 150.000 euros a un medio de comunicación por un programa pactado, digo ben, 150.000 euros por un programa pactado, que hai un artista e unha artista. Eu creo que seguramente ese debate se terá que abrir e se vai abrir, e se vai abrir, pero falamos, falamos de todo iso, cando queiran, abertamente, porque un xa empeza a estar cansado das calumnias e das difamacións permanentes. E vou a rematar, porque seguramente os compañeiros non teñen por que aguantarnos esta situación dun personaxe, un personaxe que seguramente xa vai calando, xa vai calando, non só na sociedade galega senón na sociedade viguesa, vai calando, vai calando a súa actitude, os seus comportamentos, as súas calumnias, as súas difamacións permanentes. Nós, non vamos a entrar nesa guerra, pero, tamén lle digo unha cousa, nos vamos a defender, e vostede con este tema manipulou e intentou confundir á opinión pública. Eu non levei nunca nin un só euro, nin un só talón oficial, senón fotocopias dun expediente, dun expediente, e vostede o sabe, e como o sabe non pode calumniar e difamar a unha persoa. Eu estiven calado ata agora, sabe vostede que estiven calado durante todo este tempo, pero creo que aquí é onde teño que falar, no Pleno da corporación provincial igual que o ensinei no Pleno da corporación municipal, para desmontar as mentiras e as calumnias dun señor. E iso é o que lle quería dicir, e lle adianto que nós cumprimos sempre os nosos compromisos, sempre os nosos compromisos, e tamén lle digo, os veciños e as veciñas, que seguramente, pola actitude, o comportamento e as formas de actuar dun alcalde se está prexudicando e illando a unha cidade, a unha cidade, en moitos proxectos, porque, ¿é normal que a Mancomunidade non funcione?, ¿é normal que a Fundación Pro-Vigo non funcione?, ¿é normal que a Axencia da Enerxía non funcione?, ¿é normal que a Fundación MARCO non funcione?, ¿é normal que teñan confrontación con todos os sectores?, é dicir, os que falan ben de vostedes moi ben e os que non os aparcan. Comigo ou contra min. Home, eu creo, que xa son moitas cuestións reincidentes, que loxicamente empezan a molestar, empezan a ser pois non moi normais dentro dunha situación política que se está a producir. E, D. Santos Héctor, cando queira falamos do que queira, pero do que queira, saque vostede o tema que queira no concello de Vigo, e vamos a debatelo, ou aquí, dá exactamente igual, pero coa cara ben alta, porque ó mellor moitos de vostedes teñen que estar moi caladiños, moi caladiños. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Lle pido ó Secretario que conste literalmente en acta a afirmación que fixo o Sr. Figueroa, facendo referencia á miña etapa de Secretario Xeral da Unión Xeral de Traballadores de Vigo, nun tema de Cordelerías Mar, que conste en acta. E, o primeiro que lle digo ó Sr. Figueroa, que como cargo público, ante calquera sospeita que teña da comisión dun delito ou de calquera outra que vaia ó xulgado, lle esixo que vaia ó xulgado, con este tema concretamente ou co que vostede estime oportuno, non diga aquí, cando queira falamos, vostede como cargo público ten a obriga, ten a obriga de que se cumpra a lei. Polo tanto, vaia ó xulgado con calquera tema deste corporativo, llo esixo, e quero que conste así literalmente na acta, e senón vai no próximo Pleno vén e o rectifica, exactamente, exactamente igual. Mire, por se algún dos que están aquí non o saben, o meu orixe é coñecido, dunha empresa privada e dunha militancia nunha organización centenaria, a Unión Xeral de Traballadores, é coñecida, a miña traxectoria é coñecida, impecable, impecable, os traballadores e traballadoras me recoñecen como seu e eu me recoñezo como deles. Outros e outras ó mellor non poden dicir o mesmo, polo tanto, vostede, se ten calquera sospeita da comisión de calquera delito, eu lle esixo, no meu caso concreto, que vaia, e que conste en acta, e senón no próximo Pleno vostede rectifica. Xa está ben de deixar aquí cousas no aire e de sospeitas, porque non, non lle admito nin unha, nin unha, nin unha. En segundo lugar, vostede falou de todo, fale do que lle dea a gana, pero aquí o que vimos a falar é da exhibición duns cheques, e cando lle dixeron que os aportara alí, ó Secretario, porque xa que eran fotocopias vostede non tiña problema en aportalos, non, os achantou e xa non os volveu a exhibir. En todo caso, en todo caso, é práctica habitual, é práctica habitual nesta Deputación que se pague con cheques, que os levan corporativos desta Deputación, e eu lle fago unha pregunta, Sr. Figueroa, ¿como lle pagou onte ó MARCO?, ¿mediante unha transferencia ou mediante cheque?, ¿mediante unha transferencia ou con cheques?, ¿levaba vostede os cheques?, ¿como foi?, ¿ou lle pagou con fotocopias?. E iso é o obxecto desta moción aquí, do Partido Socialista, o obxecto da moción é de que se fagan os pagos por transferencia e despois vostedes fagan os actos de publicidade que estimen convenientes, iso é o que vén aquí, en aras da transparencia, porque temos constancia que dende o Presidente a outros corporativos se van con cheques e se pagan, se vai cos cheques e se pagan. Dicía un periodista que esta é a versión moderna do maletín, e o que lle estamos dicindo é que se investigue se eses cheques estaban custodiados por funcionarios, se os cheques que andan por aí e se vai a pagar con eles, están custodiados por funcionarios. Estes fondos públicos de todos están custodiados por quen teñen que estar, esa é a realidade, e o que pedimos é que a partir de agora se faga por transferencia bancaria, que é a maneira máis transparente, é o habitual, o que se fai, é o habitual que se fai, e así non hai problemas despois dos traxes, non se intercambian traxes nas gasolineiras, e así queda rexistrado, non hai que andar a buscar facturas nin quen os pagou. Sr. Presidente.- Na cafetería. Sr. Rodríguez Díaz.- Pois por iso, por iso, se fai por transferencia. Polo tanto, o que dicía o Sr. Figueroa de que era mentira, pero mire, lle acaba de pagar vostede o 2009 e o 2010, ¿como que era mentira que adeudaba a Deputación dous anos ó MARCO de Vigo?, era verdade, adeudaban 2008 e 2009, ou sexa, 2009 e 2010, e todo o 2011, iso era mentira, iso é unha realidade, vostedes o recoñecen aquí, onte se fixeron a fotiño pois dicindo que entregaran os cartos, estupendo, iso é mentira, que tiñan un débeda, para xa vostedes, despois vamos a falar diso, xa meten unha moción para cargarse xa este invento e volver ás prácticas caciquís. Fagan o que queiran, o que lle está pedindo o grupo provincial é transparencia, que se fagan os pagos con transparencia, non con talóns, e que se abra unha investigación destes talóns, por moito que diga o Sr. Figueroa que eran fotocopias, recortadiñas, hai máquinas que xa sacan os cheques xa recortados e todo, vostede Sr. Figueroa non foi capaz de deixarllo ó Secretario do Pleno, cando llo pediu, porque se vostede estaba convencido que eran fotocopias, vostede llas houbera dado para que constara que eran fotocopias, pero eran orixinais, Sr. Figueroa. E os que levaba onte, ¿eran orixinais ou fotocopias?, ¿ou lle pagou por transferencia?. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Dámoslle a palabra a Dona Iolanda. Sra. Veloso Ríos.- Moi ben, moitas grazas. O BNG presentou esta emenda a esta moción porque nós, a verdade, é que non precisamos falar de cheques, fotocopias en cor, ou montes de billetes, para denunciar como temos feito moitas veces, as prácticas caciquís ou discrecionais das Deputacións, e insistir no seu carácter obsoleto, e insistir na necesidade da desaparición das Deputacións para realmente traballar pola cidadanía coa eficiencia dos recursos públicos. Así que non temos ningún interese, xa non o fixemos no pleno do concello de Vigo e non o vamos facer hoxe, non temos ningún interese en meternos nesta lea, en enserellar máis o debate con estas cuestións, sobre se eran cheques orixinais, fotocopias en cor, non os pedimos para tocalos nin comprobalos, e non o vamos a facer agora. A nós o que nos preocupa, pensabamos que era ese o obxecto de debate dunha moción sobre a Fundación MARCO, o que nos preocupa é o presente e o futuro do Museo de Arte Contemporánea da cidade de Vigo. Nestes tempos de recortes ou reformas, como se lle chama agora, que parece ser que xa se nos anuncia que a palabra recortes vai ser substituída pola palabra reformas, é vestila de lagarterana pero segue sendo o mesmo, e, o MARCO que é realmente un referente na cidade, un referente no país e un referente tamén no resto do estado, atópase con serios problemas xa este ano, polos retrasos nos pagos dos distintos membros do Padroado, non só no caso da Deputación, que efectivamente había un retraso nos pagos, que se solucionou onte, con foto, xa, por fin, porque, bueno, con toda esta lea entre a Deputación e o concello, e por suposto, coa inestimable colaboración do alcalde de Vigo e o Vicepresidente da Deputación conseguiron a foto igual, non, sería unha entrega nun acto privado pero a foto hóuboa igual, que ó final parece que é o que lle interesa tanto ó Partido Popular como ó Partido Socialista. Solucionouse o retraso dos pagos da Deputación; pero tamén hai un retraso de pagos por parte da Xunta de Galiza, que aínda debe 160.000 euros, e xa o Bloque Nacionalista Galego presentou unha iniciativa no Parlamento para solucionar este retraso; hai tamén un retraso no pago do Ministerio de Cultura, e logo, ademais, nos atopamos cun problema serio que é o abandono por parte do Padroado da obra social de Caixanova, Novacaixagalicia, que na última reunión do Padroado, o seu representante, anunciou que xa non era o representante da obra social, porque agora con quen habería que negociar a posible achega económica, a posible colaboración co Museo de Arte Contemporánea, sería co novo banco, con nova Galicia. Esta é unha situación que xa denunciou no seu momento, durante todo o proceso de bancarización das caixas, o Bloque Nacionalista Galego, imos atoparnos con serios problemas, con todas aquelas accións que estaban cubertas pola obra social de Caixanova ou de Caixagalicia, do pouco que durou Novacaixagalicia, van quedar completamente desatendidos, e esta xa foi unha proba, o que era o representante da obra social levantouse e dixo que el xa non representaba alí a ninguén e que habería que tratar co banco. E precisamente, como consecuencia das políticas acordadas, ó fin e ó cabo, polo Partido Socialista e polo Partido Popular, no que as caixas deixan de existir no noso país, deixan de cubrir esa función social, atopámonos cun banco e cunha situación no Museo de Arte Contemporánea dunha perda dun membro do Padroado, que achegaba unha cantidade de cartos importante e realmente fundamental para o funcionamento do Museo. Nesa mesma reunión do Padroado tamén o representante da Deputación levantouse anunciando que non sabía, non podía garantir a continuidade da Deputación dentro do Padroado do MARCO. Agora xa sabemos cal é a intención da Deputación, evidentemente, xa o temos ademais en forma de moción da Presidencia, e xa sabemos que non ten ningunha intención de continuar achegando recursos ó Museo de Arte Contemporáneo, e esa é unha situación que ó BNG nos preocupa fondamente. Por iso, quixemos propoñer esta emenda, que foi aceptada polo Partido Socialista, para instar á Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e ó Goberno do Estado, a que se manteñan as achegas ó Museo MARCO de Vigo, xa que son imprescindibles para que continúe o labor cultural que desenvolve. Realmente para nós esa é a cuestión, outro tipo de debates como os que estivemos, como as intervencións que estivemos escoitando ata o de agora, durante o debate desta moción, realmente nos parece que non son nada produtivas e a proba é a situación na que se atopa o MARCO, a proba é que por estas políticas que desenvolven, tanto o Partido Socialista como o Partido Popular, ata agora estivo sen cobrar o que lle correspondía por parte da Deputación. Nós o que queremos é garantir que haxa un compromiso das administracións para que o Museo poida seguir funcionando, porque entendemos que en momentos de crise os cartos que se dedican á cultura son investimentos e son investimentos de futuro. Saben perfectamente, tamén, que o Bloque Nacionalista Galego non entende que os investimentos teñan que dedicarse todos a losetas, tamén entendemos que a cultura é un investimento de futuro para o noso país, e por iso presentamos esta emenda que o que pretende é precisamente iso, garantir unha continuidade do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Iolanda. Permítame, Sr. Figueroa. Só recordarlle, porque cando se fan así alusións, así ó principio, de Dona Iolanda, é conveniente facer algún recordatorio, verdade, vostede falaba de prácticas caciquís e tal, eu non lle vou a recordar a vostede os mojitos en Cuba, nin o Delegado de Medio Rural por aí facendo prácticas caciquís, me parece que era do Bloque Nacionalista Galego, quero recordar, e a que estivo en Cuba tamén, era para recordarlle, simplemente para facerlle un recordatorio, porque sempre soslallamos así, tiramos, é que a Deputación, é que tal, e todo iso, pero resulta que só é un recordatorio, ou sexa, deixamos a Cuba, gastamos 2.000.000 de euros, mojito va, mojito viene e tal; Delegado de Medio Rural repartindo por aí e tal, só era para recordar, non vaia a ser que quedemos nós, oe, pois tal. É certo que o tempo puxo a cada quen no seu sitio, certo, foi certo que os cidadáns ó final puxeron a cada quen no seu sitio, porque ás veces é moi fácil soltar así a paseo unha serie de comentarios, entón é bo recordarlle esas cousiñas, oe, é que a verdade este partido non fixo, non, é que dixo estas cousiñas, e tal, é bo recordalo, eu só era para recordarllo, porque, como me vén á mente, teño unha memoria moi rápida, tomo moito produto para recordarme desas cousas. Sr. Figueroa. Adiante. Sr. Figueroa Vila.- Sr. Presidente, me sacou unha parte do meu argumento, porque mire, a señora do mojito, apoiada polo Partido Socialista, no ano 2005, cando chegaron ó goberno da Xunta, si, o Presidente Fraga e o seu goberno subvencionaba ó MARCO con 300.000 euros, e, ¿saben o que fixeron eles?, llo reduxeron a 100.000, é dicir, lle quitaron 200.000 cada ano, seguramente sería para os mojitos. É que é complicado falar, falar cando un ten antecedentes á hora de gobernar, si, o Bloque, Dona Anxela Bugallo lle quitou ó MARCO de Vigo 200.000 euros, 200.000 euros, é dicir, tiña 300.000 de subvención, e mentres gobernaron o Bloque e o Partido Socialista lle quitaron 200.000, e agora tivo que vir a Xunta outra vez a recuperar eses 200.000 euros que lle leva subvencionando durante os dous últimos anos. Sr. Presidente.- ¿Non era do Bloque?. ¿Non era do Bloque?. Sr. Figueroa Vila.- Diso non din nada, non din nada, home, hai que ter un pouco de memoria, un pouco de memoria nada máis, un pouco de memoria e seguramente nos irá ben a todos, nos irá ben a todos. Miren, portavoz voceiro do Partido Socialista, non só non vou a retirar as miñas palabras senón que ratifico absolutamente todo o que dixen, todo e máis, porque seguramente estamos cansados de estar calados e agora igual vamos a entrar nunha fase de ter que falar, vamos a falar, porque xa está ben, é dicir, a un lle asesoran e di, home, tranquilidade porque o alcalde é así, pero non, home, que digan mentiras permanentes, que calumnien permanentemente, que estean difamando permanentemente a todos, a todos, con cousas non sei que, con cousas non sei canto, que hai detrás non sei que, que hai non sei canto, e ó final ós que escupen para arriba lle cae antes, lle cae primeiro, lle está caendo todo, lle está caendo todo. Polo tanto, eu creo que o que non se pode é enganar, a min me parece ben que vostede faga un debate e diga, miren, non me gusta que se fagan os pagos por talóns, non me gusta que se faga non sei que, mellor facelo por non sei canto, pero deixar caer que parece que un anda con diñeiro no peto, que un anda con talóns no peto, ¿que quere dicir?, ¿que quere dicir vostede?, ¿que é o que quere dicir vostede?, pois iso é o que non lle vamos a permitir, eu non llo vou a permitir, con absoluta tranquilidade, pero eu non llo vou a permitir, e se temos que falar pois vamos a falar de todo, pero de todo, de todo, dende o porto de Vigo ata a Mancomunidade, o concello de Vigo, etc., etc., vamos a falar de todo, de todo o que queiran vostedes, claro que non me rectifico, Sr. Secretario, me ratifico, é así, e con a, conste en acta que me ratifico en todo o que dixen, e máis que queda por dicir aínda, que aínda non esgotei todos os meus argumentos, seguramente estamos falando dun 10 ou un 15%, si, Sr. Mosquera, é que parece que aquí hai uns que están en posesión sempre da verdade e entón cando lles atacan ou lles sacan algún tema parece que se desconcertan. Pois mire, non, o MARCO de Vigo recibiu desta Institución 600.000 euros, e lle vou a dicir algo máis, para que non me escude no Presidente, eu son o que tomo a decisión, eu son o que tomo a decisión, e o asumo na súa totalidade de que se prioricen as subvencións ás fundacións, e o MARCO é unha delas, e por suposto que eu son o que lle paso ó equipo de goberno, e que conste en acta, e se quere leve a acta despois a onde queira, que conste en acta que eu digo que agora mesmo non é unha prioridade, e que esta Deputación axudará ó MARCO seguramente igual ou máis que axudou ata agora, pero non cos caprichos, coas calumnias e coas difamacións dun alcalde que está levando a todas as Institucións de Vigo, á UCI, case todas, está levándoas á UCI, polo seu capricho, polo seu illamento e por intentar confrontar e enfrontar con todo o mundo. Eu son o que lle digo, Sr. Presidente, e esa moción que vai a ir despois é iniciativa miña co que respecta a Vigo, e o asumo na súa totalidade, porque seguramente hai moitos colectivos sociais, culturais e deportivos que merecen esas subvencións, esas axudas, tanto ou máis, e, o MARCO de Vigo, nós consideramos que hai que seguir pontenciándoo, e o vamos a potenciar, e o vamos a promocionar, e o vamos axudar, pero non da maneira que queren vostedes, intentado confrontar e intentando manipular e dicindo mentiras, non se pode estar permanentemente na mentira, ¿ou tamén é unha mentira que esta casa quixera facer o colexio alemán?, e a día de hoxe, tamén quero que conste en acta, Sr. Secretario, que hai un compromiso desta Deputación de catro anos para construír un colexio alemán e a día de hoxe, á unha e dez, non chegou aínda a cesión dos terreos, despois de catro anos, unha inversión de 3.000.000 de euros que vai a perder o concello de Vigo, ¿esa é a xestión de quen?, do concello de Vigo que non o trasladou aquí. E tamén quero que conste en acta que a Deputación de Pontevedra investiu máis de 30.000.000 de euros nos últimos anos, destinou á cidade de Vigo nos últimos anos, que é outra mentira do Sr. Alcalde; e que tamén quixemos construír un complexo de ocio en Navia, e a día de hoxe aínda non nos cederon os terreos, nin van a cedelos, porque xa dixeron que non querían que a Deputación investira na cidade de Vigo. Esa é a diferenza que hai, pero a demagoxia chega moito máis alá, o Sr. Santos Héctor en Vigo fala do Museo de Pontevedra, en Pontevedra non ten o que hai que ter para falar do Museo de Pontevedra, iso non o di aquí, dirao mañá en Vigo, cando faga a rolda de prensa mañá en Vigo, dirá que a Deputación inviste no Museo de Pontevedra, iso non o di aquí, non ten o que hai que ter para dicilo aquí nesta sala en Pontevedra, hoxe o ocultou totalmente, pero o argumento en Vigo é que se inviste no Museo de Pontevedra e que non se inviste no Museo MARCO, ese é o argumento, Sr. Mosquera, ese é o argumento dos Socialistas en Vigo, e aquí, ¿sabe como se di?, “se acojonan”. Sr. Presidente.- Se acongojan, ¿ten máis?. Corrixir ó Sr. Figueroa non é a cuestión, levamos aportado ó Museo do MARCO de Vigo 1.350.000 euros, 1.350.000 euros ó Museo do MARCO de Vigo, era só esa puntualización, para que quede claro. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Con todo o espírito navideño, Sr. Figueroa, non lle gusta nada este tema, a proba é de que sae vostede por onde pode, e salpicando, sen aportar absolutamente, o que lle dá a gana, é incómodo, pero é unha práctica habitual desta Deputación de levar os talóns no peto, é unha práctica habitual, non me contestou se onte lle pagou con talóns ou por transferencia ó Museo do MARCO, non contestou. E ademais, non é verdade cando vostede di que mentiamos porque había unha débeda da Deputación co MARCO, claro que había unha débeda, 2009-2010 e todo o que vai de 2011, 2009-2010 e todo o que ía do 2011, que saldou ayer, onte. Agora dirán todo o que aportaron, agora traen unha moción para que sexa en vez de por criterios obxectivos, que sexa a segundo, a segundo, a decisión, home, claro, aí estamos, aí estamos, pois esta moción precisamente o que traía era xustamente corrixir iso. E eu lle insisto, Sr. Figueroa, lle insisto, no comentario que fixo hacia min, ten que ir ó xulgado, ten que ir ó xulgado, porque vostede é un cargo público, niso e en todo iso que di, xa falaremos, fale, fale, aquí parece que non temos tempo, vostede fale do que queira, aporte as probas do que queira, de todas, de todas, e vaia ó xulgado, ¿por que non vai?, ¿por que non vai?, pero, ¿por que non vai ó xulgado e denuncia?, denuncia isto, vostede se sente incómodo porque levaba os cheques orixinais enriba, e se sente incómodo, se sente incómodo e entón pasa ó ataque. Mire, podía haberse aforrado todo iso e dicir a partir de agora na Deputación vámolo a facer por transferencia, que é o máis transparente, pero iso non o queren facer, ¿verdade?. Despois falará vostede do alcalde, doutro, lle dará voltas ó que queira, vostede pon o ventilador, pon o ventilador, trata de poñer a todo o mundo como sospeitoso, pero despois non modifica, Sr. Figueroa, e lle reitero, algúns se coñecen perfectamente a nosa procedencia, e as nosas declaracións de renda e os nosos bens, doutros e doutras ó mellor o teñen que explicar, ou o teñen moi difícil para explicalo. Polo tanto, non se acobarde, vaia ó xulgado, no que a min respecta e todo iso que facía referencia do Porto, non sei que, que tal, e dicía, falamos do Porto, moi ben, falamos do aeroporto tamén se quere, e falamos do que lle dea a gana a vostede, falamos tamén de, do que queira, do mundo mundial, con tal de dicir, e falamos daquilo e do outro, pois si, non, non, falamos, non, vostede ten a obriga de ir ó xulgado, vostede é un cargo público e ten a obriga, non pode andar por aquí sembrando sospeita e despois quedándose no amago. Ó mellor é que algúns entran no xulgado e igual xa non saen, xa non o deixan saír, en fin, nós reiteramos e nos ratificamos na nosa moción, fundamentalmente na parte que é que se siga mantendo a aportación; como aceptamos a emenda do Bloque Nacionalista Galego; é de que a práctica de andar cos cheques que se pase a transferencias e que se investigue. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Procedemos polo tanto á votación da moción do Grupo Provincial Socialista en relación co Museo de Arte Contemporáneo en Vigo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Sr. Presidente.- Punto número 8. Asuntos fóra da orde do día. Sr. Rodríguez Díaz.- Perdón, Presidente, unha pregunta, ¿isto que votamos foi coa emenda ou sen a emenda?. Sr. Secretario.- No, no, dijiste con la enmienda dentro. Sr. Rodríguez Díaz.- No la aceptamos, xa se votou coa emenda, vale, vale. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE, en relación co Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO). 8.6162.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Previa unánime declaración de urxencia, adoptáronse os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Fóra da orde do día temos dúas mocións. Sr. Secretario.- Si, hay dos mociones. A) MOCIÓN DA PRESIDENCIA EN RELACIÓN COA PARTICIPACIÓN DA DEPUTACIÓN EN DIVERSAS FUNDACIÓNS E ORGANISMOS Sr. Presidente.- Bueno, a primeira Moción da Presidencia en relación a, pois a unha serie de compromisos adquiridos con anterioridade e que non son, dalgunha maneira, non teñen un compromiso ano a ano, senón que teñen unha vinculación por acordo plenario, e polo tanto, entendemos que dada a situación actual pois debemos facer un replanteamento. Con isto non quero dicir que a Deputación pois non faga achegas puntuais a algunhas cuestións, que entendemos que poden ser importantes, como ben dicía o Sr. Figueroa, en relación ó MARCO, que haberá que potenciar a colaboración do Museo de Pontevedra co Museo do MARCO, probablemente noutros ámbitos, e creo que é bo, polo tanto, para esta Institución, e polo futuro de incertidumbre, en relación a cal debe ser ou cal pode ser a colaboración económica, pois, en primeiro lugar, sentar as bases de, haberá que facer unha nova negociación e ver que é o que se pode facer. Polo tanto, como vostedes teñen copia da moción, non fai falta lela, afecta á Fundación Galicia-Europa, á Fundación Pro-Vigo, á Fundación Galega de Cooperación e Solidariedade, ó Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións, á Fundación MARCO, á Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía e ó Consorcio Audiovisual de Galicia. Entendemos que esas son as que teñen vinculación propia ano a ano, e por iso quixéramos tomar hoxe a decisión de que esa vinculación non é tal, senón que se negociará puntualmente en cada caso, e creo que é o máis lóxico e o máis razoable e por iso traemos esta moción aquí, para aprobación precisamente do Pleno da Corporación Provincial. Votamos polo tanto a urxencia da mesma. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Procedemos polo tanto ó debate da propia moción. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Quería facer unha precisión, non vaiamos a estender o Pleno máis alá de límites razoables, que xa está, digo, non vaia a ser que á tarde, que, verdade, que todos temos, home, sería unha verdadeira pena chegar en malas condicións ou incluso non chegar, porque, como os dous puntos que faltan os fagamos durar o mesmo … Sr. Presidente.- Senón seguímolo debatendo alí. Sr. Mosquera Lorenzo.- Claro, por iso, si, home, sería unha verdadeira pena, se vén o Presidente da Xunta, que en fin, por fin ten unha obra que inaugurar en Pontevedra, non puxo un duro, pero bueno, tal, polo menos dálle a alegría de … Sr. Presidente.- Iso chámase intelixencia. Sr. Mosquera Lorenzo.- Hai que respectalo ademais. Á Ministra non lle dou tempo, pero bueno, tampouco creo que vaia a ter moito, pero agardemos que si e demais. Pero bueno, que un Presidente nos mande isto dunha maneira, en fin, e creo que con certa falta de respecto, dígoo con todas as letras, verdade, ou sexa, vostedes fan unha prórroga do orzamento, que por certo non coñecemos, se está asignado ou non, e en que termos vai, e acordan, ó pasar as contas, eliminar toda unha serie de aportacións que teremos que, obviamente, mirar, cando haxa copia diso, e tópanse con que hai varias que teñen que decidilo en Pleno e entón méteno á última hora no Pleno, méteno á última hora no Pleno, a correr, ¿verdade?, e dinos que é unha medida transitoria, unha medida transitoria que despois se renegociará. Home, a ver, dá por concluídos os compromisos adquiridos coas fundacións e organismos, deixando de pertencer como membro dos mesmos, como unha medida transitoria, como que non é, ou sexa, lle chapodan a subvención e punto, a aportación que teñen e demais lla chapodan e punto, iso é a realidade. Digo eu, que non volverán outra vez, nalgún caso, a coller e volver outra vez ó proceso de incorporarse, non sei que, non sei canto, digo eu, que sería por uns meses, francamente, ¿temos un problema?, non sabemos que é o que recortaron, que é o que recortaron, ó non ter a prórroga dos orzamentos, porque isto deriva de aí, obviamente, non sei se todas as subvencións que están metendo por aí, nominativas e non nominativas, se as recortaron ou non, digo, non podemos calibrar a proporcionalidade e a coherencia destas medidas, obviamente, non podemos. Nolo mete na carpeta esa, aínda que está no Rexistro o 29, hoxe é 30, nin nos avisa nin nos dá a documentación. Ben, iso para empezar, por iso digo que é pouco respectuoso, moi pouco respectuoso para facernos votar aquí algo deste calibre. E, despois, por iso lle digo, que non sabemos a magnitude da traxedia, non sabemos a magnitude do tesourazo que meteu, non sabemos se é que foi todo, porque claro, isto pode ser, ou sexa, é grave, é grave, porque sacarlle ó Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a algún dos organismos, eu non os coñezo a todos ben, pero home, non parece que haxa, antes díxenlle do Pazo de Congresos de Pontevedra, tamén o usan cando queren, ou sexa, que, bueno, e participan na súa programación. Vale. Se iso non lle parece que é, se lle parece que por aí é onde hai que aforrar, pois, nós non compartimos, non é porque sexa de Pontevedra, e o outro, o de Vigo, non o compartimos, e hai algunhas que nos parecen francamente graves. Pero non sabemos a magnitude da gravidade, porque había que mirar todo o resto, pero, como non nolo dou, non, non, iso ten que estar, no orzamento hai toda unha serie de subvencións nominativas e non nominativas, que nós non sabemos se desapareceron ou non, algunhas francamente difíciles de xustificar, porque iso como non é acordo, como non ten que vir, non, polo Pleno, non hai que tomar o acordo de resarcir, vamos, disolver ou desaparecer eses organismos, pois non nolo trae a Pleno. Entón, isto non sei se lle crea algún problema, pediríalle que o retirara, pediríalle que o retirara porque queda feo, queda feo na forma e queda moi feo no fondo, dende logo, 14.000 euros ó Fondo de Cooperación, a estes organismos, ou o que sexa, sumados son cartos, había que ir unha por unha, pero así de repente chapodalas todas e desta forma, dende logo, non o podemos compartir, se a caso supéramos as contas, se a caso supéramos a magnitude dos recortes noutros lados, ou o que sexa, podíamos algunhas compartilas, igual si, non sabemos, ou rebaixalas, igual si, non o sabemos, pero é que así, ¿como vamos a entrar tan sequera a analizala?. Hai algunhas que está claro que non, que non vamos a estar de acordo en que se quiten, pero bueno, outras se cadra pois igual había que pensar en, bueno, se hai que reaxustar a ver se é proporcional e demais. Como non o sabemos, non sei se ten aí a liquidación, non sei se nos pode informar, aínda que a hora que é, pois case, case mellor que o retire e xa está. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Moi breve. Dende logo, a urxencia disto, pois creo que non é tanta, primeiro, porque terían que comunicarlle a cada un dos organismos de que van a deixar de pertencer a ese Padroado. E, segundo, máis ben parece como unha rebancha por haber reivindicado a débeda que había co Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, é dicir, para non meter a un só, metemos a todos. Terceiro, con isto ratifican vostedes a política clientelar, porque o que si é certo que deixan ben claro que se poderá colaborar con eles mediante achegas puntuais, segundo o permitan as necesidades económicas, é dicir, por sentido común, como dicía vostede, Sr. Presidente, con sentido común. Polo tanto, de algo que quedaba fixado, que permitía a estas fundacións facer os seus presupostos, pois, non van a coñecer se van a ter achega ou non van a ter achega, ou que contía. Polo tanto, polo tanto, posiblemente será segundo como se porten os das Fundacións, os dos Concellos, se se poñen máis de rodillas ou menos de rodillas, ou aplauden máis ó Presidente da Deputación ou menos. Nos parece algo fóra de lugar, primeiro pola urxencia, é dicir, creo que non é, isto tiña que ser algo máis madurado, podíano traer xa fai tempo; e segundo, porque o que fan aquí é reforzar a súa política clientelar, é dicir, o que non está comigo o castigamos e o que nos aplauda pois lle vamos a facer unha acheguiña, lle vamos a facer unha acheguiña. Nós, vamos a votar en contra disto, dende logo, independentemente de que xa están os presupostos prorrogados, isto estea dentro deles ou non, pero o certo, creo que non é, é unha máis das actuacións deste goberno da Deputación nada edificante para os cidadáns. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sr. Figueroa, ten a palabra. Sr. Figueroa Vila.- Explicamos que esta é unha decisión dentro dos reaxustes, que estes organismos e institucións que veñen hoxe aquí son organismos onde se está por estatutos, que hai que notificarllo e esa é a decisión. En calquera caso, me sorprende moito que alguén poida falar de sectarismo cando están enfrontados con case todos, é dicir, só fai falta pois coller os medios de comunicación e darse conta que hai unha institución, que dirixe un socialista, que é neste caso o concello de Vigo, que está enfrontado cun movemento veciñal, con administracións, con institucións, con alcaldes, con concelleiros, é dicir, con todo, é dicir, non asiste, eu non sei se o Bloque ten algunha relación con eles ou non, é o único que me falta por saber, cando o saiba seguramente farei tamén algún pronunciamento, pero en calquera caso nos sorprende moito iso. Mire, nós consideramos que hai formas de xestionar, de xestionar estas institucións, o problema que teñen vostedes é que cando chegan ás institucións non xestionan, en todos estes organismos non houbo posibilidade nin capacidade de xerar recursos atípicos, xerar recursos de empresas, xerar recursos privados, é moi lamentable e moi triste que unha Fundación como o MARCO non teña nin un só euro de aportación de empresas privadas. Seguramente, será porque ese diñeiro está reservado para os carteis, para os carteis que custan ó mellor mil euros, pero despois aparecen as facturas de seis mil, seguramente, claro, se multiplicamos cen obras por seis mil euros, pois miren vostedes o que poden significar para algunhas empresas ou para ingresos, que despois se poden facer para pagar, seguramente, eses programas que moitas veces nós vimos denunciando. Seguramente, para iso se necesiten, por iso as empresas non aportan ás fundacións, eu creo que hai que empezar a implementar outro modelo de xestión, nós entendemos que, por exemplo, coas sinerxias de todos os museos que pode haber na provincia de Pontevedra, se pode aforrar diñeiro e se poden facer aportacións, ó mellor non diñeirarias só, senón aportacións en man de obra, en obras, en exposicións, e iso é o que nós vamos a traballar. Nós, xa dicimos, claramente, que con estes organismos que hoxe tomamos esta decisión, vamos a entablar cos seus directores, porque é o que procede, cos seus directores, a parte técnica, sentarnos e falar das posibilidades de axuda e de colaboración que temos. Nós, se temos aquí o Museo de Pontevedra e ten unha obra importante, pois, hai exposicións que poidan vir para aquí, pois, ó mellor, que a propia Deputación pode financiar; ou o tema do Pazo de Congresos de Pontevedra, por citar dúas institucións que, loxicamente, están dentro desta decisión que hoxe tomamos. Polo tanto, eu creo que chegou o momento de non só pensar que as institucións teñen que sobrevivir con diñeiro público, senón que hai que buscar outra fórmula de financiamento, e nesa dirección nós vamos a estar dende a Deputación de Pontevedra. Polo tanto, dicirlles a todos os corporativos, pero dunha maneira especial a eses organismos, que nós, loxicamente, vamos a estar ó lado deles, e vamos a buscar fórmulas de xestión distintas ás que se aplicaban agora. Agora, seguramente, hai outras prioridades, e o Sr. Mosquera ten que entendelo, e eu creo que hai que empezar a xestionar e a intentar xestionar colaborando, cooperando todos cos recursos que temos, que creo que temos moitos recursos, que moitas veces non pomos enriba da mesa, seguramente, porque ata agora era moito máis fácil chegar ós presupostos de calquera institución, aportar, e se acabou. Eu creo que hai outras fórmulas, por exemplo, hai un recinto feiral en Galicia que é o de Vigo, que non recibe ningunha aportación de ningunha administración e sobrevive, bueno, porque se fixeron fórmulas de xestión distintas, hai unhas tarifas, hai uns prezos; pasa igual con moitos concellos que non pagan a Sogama, que cobran os recibos ós cidadáns, e outros cobran o dobre para pagar e para cumprir, e hai outros concellos que non pagan nin a metade do que paga un normal, e iso pois, xera, pois, unhas diferenzas. Bueno, pois eu creo que estas fórmulas teñen que empezar a aplicarse, e na Cultura e nos Museos tamén, é dicir, o Museo de Pontevedra, que ten unha obra importante, pois seguramente teña que colaborar co Museo do MARCO de Vigo, ou con outros museos da provincia, igual que os demais museos co Museo de Pontevedra. E nesa liña vamos a traballar. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Figueroa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, unha pregunta, ¿en cantas fundacións ou entidades deste tipo está por estatutos esta casa?, ¿neses?, ¿non está na Semana Verde de Silleda?, ¿non está no da Estrada?. Sr. Presidente.- Explícoo, Sr. Mosquera, aí non temos ningunha vinculación económica consignada anual, só participamos, evidentemente, formamos parte da Fundación pero sen consignación, así como nestas, evidentemente, aparece a consignación anual que ten que poñer a Deputación. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Ningún máis?. Sr. Presidente.- Pode haber máis, non sei, pero as que temos, en principio, estatutaria como vostede ben di, con aportación fixada, son esas. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero vinculación hai con outra serie delas. Sr. Presidente.- Pero non teñen vinculación económica. Sr. Mosquera Lorenzo.- E, estatutariamente, isto, non estamos en prazo para anulalo. Sr. Presidente.- Si, si, claro. Sr. Mosquera Lorenzo.- A 30 de decembro, sen aviso previo, ou sexa, iso chámase … Sr. Presidente.- É que, non, pero é que consta precisamente cada unha delas, que por acordo plenario se adoptou a integración da Deputación neles, e en acordo plenario se debe tomar a decisión tamén da saída, aínda que sexa momentánea, porque haberá acordos puntuais das mesmas, ou sexa, que polo tanto iso é como está. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Teñen ben pensado o que están facendo?. Sr. Presidente.- ¿Como?. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Se teñen ben pensado o que están facendo?. Sr. Presidente.- Home, claro, senón … Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, nós vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, vamos a ver. O Sr. Figueroa ten unha fixación con Vigo, cada vez que toca un punto fala de Vigo, debe vir a facer terapia aquí por non gobernar en Vigo, pero bueno, tranquilo que a todo se chega, é dicir, non pasa nada, iso é democracia, hai alternancia, xa gobernaremos nós tamén na Deputación, iso, non pasa nada, non se preocupe. Pero, pero home, cada vez que fala ten falar de Vigo, pero, ¿que vén?, a facer terapia aquí de grupo. Bueno, nós nos ratificamos de que nin é momento de traela, e entendemos que é como unha, dalgunha maneira, coma un xesto contra a reivindicación que se fixo de que se aboara a débeda que se contraera co MARCO, se meten todas as, estas sete fundacións, aquí vostedes nin sequera lle comunicaron que ían a estar fóra, polo tanto, van a ter moi difícil facer os seus presupostos, e o que lles faltaba xa era privatizar a Cultura, pois, mire, xa o están a facer, e dende logo, o que non estamos nada de acordo é que non se fixe maior ou menor cantidade, ou ningunha, que se deixe ó libre alvedrío da decisión a se me é máis simpático ou menos simpático, se me fai máis a pelota ou menos a pelota, iso ó final é o que están impoñendo aquí. E amais o recoñecen, e despois veñen a dar, veñen a dar aquí, pretender dar leccións de ética ou leccións de transparencia, e o que van aprobar hoxe aquí con isto é precisamente todo o contrario. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. A verdade é que vostedes gobernan despois de perder as eleccións, nós, primeiro, gañamos as eleccións, é certo que non gobernamos pero non pasa nada, vostede tranquilo. Nós, habitualmente gobernamos onde gañamos, que é o importante, pero esa é a democracia. E en relación a isto que dicía, nós vamos a intentar, porque ademais, testigo Sr. Mosquera, sabe que chegamos a acordos moito máis importantes que este, puntual, e haberá que chegar a acordos para algunhas cuestións, porque non vamos a desaparecer, haberá que intentar coordinar, como ben dicía o Sr. Figueroa, en cuestións puntuais e sacalas para adiante, ¿non?. Polo tanto, vamos a proceder a esta votación da Moción da Presidencia en relación a este tema das Fundacións e dos Consorcios onde está a Deputación. ¿Votos en contra desta moción?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia en relación coa participación da Deputación en diversas Fundacións e Organismos. Dita Moción é como segue: “A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local encomenda ás Deputacións o fomento e administración dos intereses peculiares da Provincia. Esta ampla competencia levou á Institución provincial a participar en distintas fundacións e asociacións, como membro fundador das mesmas e participando no seu financiamento, cunha achega anual. En concreto, a Deputación de Pontevedra figura como membro entre outros dos seguintes organismos: - Fundación Galicia Europa, para fomentar o acercamento da realidade galega á realidade europea, en especial ós países membros da Unión Europea. Creouse no ano 1991 e a Deputación é membro asociado cunha achega de 25.512,00 euros. - Fundación ProVigo e a súa area, que ten por obxecto a promoción, estudo e revitalización do termo municipal de Vigo e a súa área de influencia. Creouse en 1992 e a Deputación está representada por un vogal, achegando a cantidade anual de 30.050,00 euros. - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, ten por obxecto a configuración dun instrumento legal que permita desenvolver unha eficaz política de cooperación e solidariedade dos cidadáns dos concellos e provincias de Galicia cos pobos subdesenvolvidos. A Deputación é socio titular dende 1988, cunha achega anual de 14.400,00 euros. - Organismo Autónomo “Pazo de Congresos e Exposicións” do concello de Pontevedra, que ten como fins esenciais a elaboración, deseño e execución de programas de actividades culturais, artísticas, turísticas, etc. A Deputación está representada por un membro no seu Consello de Goberno dende o ano 1999, e cunha achega anual de 60.200,00 euros. - Fundación Marco, dedicada a realización de actividades culturais de investigación, educación e difusión da arte e da cultura contemporánea. A Deputación está representada por un vogal, dende o ano 2002 e cunha achega anual de 150.000,00 euros. - Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, que ten como finalidade actuacións no ámbito sectorial da enerxía. A Deputación está representada por dous vogais dende o ano 2003, e cunha achega anual de 21.000,00 euros. - Consorcio do Audiovisual de Galicia, que ten como obxectivo fundamental a potenciación institucional das accións tendentes ó desenvolvemento do sector audiovisual galego. A Deputación está representada no Consorcio dende o ano 2002 e efectúa unha achega anual de 30.000,00 euros. A pertenza como membro destas Fundacións e Organismos supón un gasto fixo anual por parte da Deputación de 331.162,00 euros. A Deputación considerou oportuno, no seu momento, participar neles coa finalidade de cooperar no seu desenvolvemento inicial para a súa posta en marcha e funcionamento, levando a cabo unha inversión dende o seu inicio, que se estima nuns 3.000.000,00 euros. Indiscutiblemente, toda esta inversión supón un detrimento de actuacións en aquelas actividades competenciais que son propias da Deputación provincial, e en concreto, da minoración de axudas ós concellos. Nas épocas actuais, as circunstancias económicas cambiaron notablemente, e por iso a Deputación ten que centrar a súa actuación na “asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica ós municipios, especialmente os de menos capacidade económica e de xestión”. Con esta finalidade, non parece oportuno permanecer como membros natos dos organismos anteriormente citados, sen prexuízo, de que poida colaborar con eles mediante achegas puntuais segundo o permitan as dispoñibilidades económicas. Por todo elo, proponse ó Pleno a adopción do seguinte acordo: A Deputación de Pontevedra, con data 31 de decembro de 2011, dá por concluídos os compromisos adquiridos coas Fundacións e Organismos que a continuación se relacionan, deixando de pertencer como membro dos mesmos e de participar no seu financiamento cunha achega fixa anual, todo iso, sen prexuízo de que poida colaborar con eles mediante achegas puntuais, segundo o permitan as necesidades económicas: 1. Fundación Galicia Europa. 2. Fundación Provigo e a súa área. 3. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. 4. Organismo Autónomo Local “Pazo de Congresos e Exposicións”, do concello de Pontevedra. 5. Fundación Marco. 6. Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo. 7. Consorcio do Audiovisual de Galicia.” B) MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA SOBRE A NECESIDADE DE COORDINACIÓN ENTRE AS DISTINTAS ADMINISTRACIÓNS EN MATERIA SOCIAL Sr. Presidente.- Temos outra Moción por aí. La tiene Marta Iglesias. Vámoslle a pedir con brevidade. Sra. Iglesias. Sra. Iglesias Bueno.- Con brevedad voy sólo a … Sr. Presidente.- No tienen copia. Sra. Iglesias Bueno.- ¿Como no tienen copia?, pues estaba en … Sr. Presidente.- Bueno, es igual, sino tienen copias la debatimos otro día y ya está, como estamos con el espíritu navideño este y tal. Bueno, pero, claro, pero sin verla y tal. Pero di cuál es el espíritu de la misma. Sra. Iglesias Bueno.- Si, bueno, son seis propuestas. Demandar al gobierno central a blindaxe do investimento que aporta á Comunidade de Galicia para o financiamento do Plan Concertado, Plan Xitano e Atención a Menores, mediante transferencia anual á Xunta. Demandar, así mesmo, que garanta en relación co servizo de axuda a domicilio a persoas en situación de dependencia, que están a prestar as entidades locais, o financiamento do 50% do custe deste servizo, a través do nivel mínimo de financiamento, de xeito que permita a viabilidade, a suficiencia financeira do sistema, para a autonomía, e a atención á dependencia. Tres, establecer mecanismos de coordinación entre todas as administracións, Concello, Deputación Provincial e Xunta, que permitan establecer liñas claras e estables de financiamento dos servizos sociais básicos que se prestan á cidadanía. Catro, por en marcha un sistema que axilice os pagamentos anuais ós concellos por parte da Xunta de Galicia, que asegure unha porcentaxe do anticipo do que lle correspondería anualmente ó concello, pola prestación de servizos sociais comunitarios básicos, no 1º cuatrimestre do ano. Por en marcha unha ferramenta que permita abonos trimestrais do servizo de axuda no fogar para os dependentes introducidos no sistema a 31 de decembro do ano anterior. Elaborar unha normativa que flexibilice nos concellos a aplicación do copagamento dos servizos sociais comunitarios básicos e específicos. Sr. Presidente.- A verdade é que todo é en positivo, e polo tanto, eu creo que podemos aprobala por unanimidade, ¿non?. Pero repetir os últimos, pero se está ben, é positiva para os concellos, para que se cumpra por parte de todos. D. Cesáreo Mosquera quere facer algunha observación. Pero, ¿aprobamos a urxencia entón?, vostede ten interese en que aprobemos a urxencia, deixámoslle, que ten interese en que aprobemos a urxencia da mesma, aprobamos entón. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Si, pero vamos a facelo agora ó debatela, xa, aprobamos a urxencia da mesma, vós tedes aí unha copia, eu creo que ides a ver que é todo en positivo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?, da urxencia. Debatemos entón a moción. Primeiro, o Sr. Mosquera, que me pediu a palabra, e despois D. Santos Héctor. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, primeiro, unha cuestión de forma, Sr. Presidente. Aquí sempre se nos di, cando se presenta unha moción, que chegou un día tarde, un día cedo, que se presentou no Rexistro, que se rexistrou ou o que sexa, e vostedes métena na carpeta á última hora e como, como corresponde, ¿non?, o que parte ben reparte. Sr. Presidente.- Metemos unha antes e metemos unha de Dona Iolanda tamén antes, que era de agora. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, pero de todas maneiras aquí, é isto tan complicado, tan complicado, que eu nesta ola que nos leva a todos, de simplificación administrativa, nós vamos a facer a seguinte proposta, que desapareza, case, todo isto e queda moito mellor. Dirixirse á Xunta de Galicia para que todos os concellos que queiran pasarlle os servizos sociais os asuma directamente, e xa xestiona, os fai, segundo lle peta, e queda isto de maravilla e todo, e xa está, xa non nos complicamos con este rollo e tal, que se tal, que se pasa, que se vén, que se o 50, nada, nada, entón pásase á Xunta e o xestiona a Xunta de Goberno, e todos de maravilla, simplificación administrativa, coordinación, todo queda extraordinariamente ben e non este rollo, que se un vai, outro vén, á Xunta, diríxense, mire, cando hai que dirixirse a tantos e montar tanto lío é que a cousa está fastidiada, rollo da pataca, que ó final pagan os concellos. Entón, arreglámolo así, ¿a que estades de acordo?, a ver, a ver, o de Salvaterra, ¿a que estades de acordo?, xa está, aprobamos esa emenda, dirixirse, os concellos que queiran, tampouco se lle obriga, o concello que quere ter o seu chiringo de servizos sociais, que o teña, e collemos se ten algún …, pasámosllo á Xunta, ¡bun!, e a Xunta xestiona, coordina, racionaliza, simplifica, bueno, unha gloria, unha gloria, vamos, avanzaríamos un montón. ¿A que estades todos de acordo?. Sr. Presidente.- É mellor á Unión Europea, que nos queda un pouco máis lexos, porque mentres chega alá vaise resolvendo polo camiño. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, vamos a ver, esta moción entrou o día 30, é dicir, hoxe, en Rexistro hoxe, eu recordo que ó Partido Socialista se lle cuestionou por dúas veces, pero unha ademais o deixamos para o Pleno seguinte … Sr. Presidente.- Non, púxeno eu así amistosamente … Sr. Rodríguez Díaz.- Non, non, perdón Presidente, perdón. Sr. Presidente.- Ten que ver co que debatemos antes. Sr. Rodríguez Díaz.- Mire, o Partido Popular coñecía, coñecía que o Partido Socialista traía unha moción do Plan Concertado, puido perfectamente o Partido Popular, á vista desa tal, habernos proposto, ó mellor, facer algo conxunto, e ó mellor ata o veríamos ben. Mire, nós queremos de que en aras de poder enriquecer o contido desta moción, nós, lle pediríamos que a retirara e a trouxera o próximo mes, porque isto, nós, realmente non vamos a debater isto, queremos enriquecer isto, e lle propoñeríamos que a trouxera o próximo mes, porque creo que non é tan urxente, non é tan urxente, é dicir, que a podemos tratar, e dende logo, dende logo, eu lle diría, señores do Partido Popular, que cando traian unha moción, polo menos, polo menos, que nola fagan chegar, é dicir, porque a anterior, a anterior, esta do Museo, porque nos enteramos e a fomos a pedir, esta parece que nin estaba na carpeta sequera. Se vostedes queren … Sr. Presidente.- Non ten ningunha parte negativa, son todo partes positivas. Sr. Rodríguez Díaz.- Non, non, pero nós queremos enriquecer isto, queremos enriquecer isto co debate, e polo tanto, se vostedes a queren manter a manteñen, pero que conste en acta, que unha moción deste tipo podía estar perfectamente presentada nas Comisións Informativas e non traela como hoxe, de forma sorpresiva. Segundo, o Grupo Provincial Socialista quere enriquecer isto, e para iso lle pide que a retire e poder tratala debidamente, co tempo suficiente, no próximo Pleno, porque cremos que non ten unha urxencia tal como para que se debata neste. Nada máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- A ver, Sra. Estévez. Sra. Estévez Bernárdez.- Só quería facerlle unha matización ó Sr. Santos Héctor. Non vou a entrar no fondo da moción, evidentemente, pero simplemente, dicir, que as mocións non as presentan as señoras do Partido Popular, as presenta o Grupo Popular da Deputación de Pontevedra, co seu Portavoz. Simplemente, era esa matización. Sr. Presidente.- Sra. Iglesias. Sra. Iglesias Bueno.- Si, bueno, pues yo únicamente decir que no la voy a retirar, que de lo que se trata la moción es que tengan los ayuntamientos la financiación suficiente para mantener los servicios básicos municipales y para agilizar los pagos, consiste fundamentalmente en esto, entonces, ustedes tendrán que decir si están de acuerdo o no. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Iglesias. Non é ofensiva, polo tanto eu … Sr. Rodríguez Díaz.- Si, perdón, non sei se cometín algunha falta de respecto cando intervín … Sr. Presidente.- Hoxe se desculpa todo que é case fin de ano. Pero, hoxe se desculpa todo que é fin de ano. Sr. Rodríguez Díaz.- Desculpas, foi un … Segundo, Sra. Iglesias, é dicir, non é a situación, vostedes verán o que fan, voten a favor ou en contra, pois ir á prensa, e dicir, o Partido Socialista votou isto en contra ou a favor. Sr. Presidente.- Non vamos a utilizar iso. Sr. Rodríguez Díaz.- Non, non, o que nós lle pedimos é que a retirara, ou que a retire, que a retire, porque a acaban de presentar, o que nós queremos é enriquecer este texto, e polo tanto, nós nos vamos abster nisto, nos vamos abster, porque non se pode facer algo desa forma tan sorpresiva, e tamén lle digo unha cousa, están sentando un precedente. Sr. Presidente.- Agora aprobamos esta e despois facemos outra outro día, que non hai problema, onde participemos todos, se todo, hai sitio para todos, ¿verdade?, que problema hai. Non, home, non, non vamos a utilizar iso, estea tranquilo, nós somos dunha política máis normal, ¡por favor!, é en positivo, ¿verdade Sra. Iglesias?, é en positivo, home, non hai problema. Bueno, vamos a proceder entón, Sr. Mosquera. Non, home, non, ¿para que vas a facer o traballo de levantarte e despois volver?, dicimos que non estás. Sr. Mosquera Lorenzo.- Perdón, este grupo fixo unha proposta pensada … Sr. Presidente.- ¿Cal é?. Sr. Mosquera Lorenzo.- A que fixen antes. Sr. Presidente.- ¿De pasarlle todo á Xunta?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, efectivamente, é moito máis fácil, xa non hai que facer mecanismos de coordinación nin todos estes rollos atroces de trimestres, non sei que, que eu non sei como se articula iso, cando a Xunta, cando a Xunta, resulta que pecha o exercicio en setembro, manda cobrar para marzo do ano que vén, e todos aquí pedímoslle que trimestre … Sr. Presidente.- Iso chámase simplificar. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, efectivamente. Entón, a proposta é que esta casa se dirixa á Xunta para que acolla, da forma que sexa, que todos os concellos que así o desexen, a Xunta se fai cargo dos servizos sociais. Sr. Presidente.- Esa é unha … Sr. Mosquera Lorenzo.- Simplificación absoluta, non, pero que ten moito que ver con esta, que sobraría todo isto, sobraría todo este rollo, que non se vai a cumprir nada, todos sabemos como estamos, a Xunta cambia nun ano, cousa que ten no orzamento desaparece, no Estado igual, e vamos agora a poñerlle condicións de que non, vostede, non é serio. Sr. Presidente.- Iso é como, Sr. Mosquera, é coma unha desas mocións tipo que trae o Bloque ás veces, que saen todas así como di vostede, multicopista. Non, esa foi fabricada aquí, é auténtica, propia, é con …, claro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu quero que voten a proposta nosa. Sr. Presidente.- Exacto. Non, pero el propón, por favor, por favor, estamos no espírito navideño, rematando o ano, e, vamos a ver, el propón que tamén se vote a emenda “in voce”, que acaba de plantexar. Primeiro votamos a da Sra. Iglesias e despois votamos a outra, polo tanto, primero la del, é que eu, esa tamén dalgunha maneira é un pouco así, senón ata un podía estar de acordo, pero debeu ser unha ocorrencia de agora, do momento, tamén do Sr. Mosquera, que ó mellor non está mal planteada, pero igual hai que trasladarlla a Bruselas, ou, eu que sei. Votamos a emenda “in voce” do Sr. Mosquera. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Sr. Mosquera. Ben, votamos a da Sra. Iglesias. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Abstencións dos dous partidos, non están. Sr. Secretario.- ¿Pero como que non están?. Sr. Presidente.- Non están, bueno é igual, despois serían como. Ben, deixe que falta votar a favor. ¿A favor?. O Partido Popular. E agora lle vou a dar a palabra a Dona Mª Isaura Abelairas Rodríguez. Sra. Abelairas Rodríguez.- Moitas gracias Sr. Louzán. Con espírito navideño e con afán conciliador, e seguramente que Marta Iglesias me entende, se se enfadan tamén será o seu problema. Sr. Presidente.- Non. Sra. Abelairas Rodríguez.- Dígoo porque me parece unha falta de respecto tan grande, Marta, estamos falando de servizos sociais, perdoa que sexa así tan dura, estamos falando de servizos sociais, estamos falando dunha moción que se pide que non se traia de urxencia, porque a temos que estudar, ou polo menos facer aportacións, estamos falando de servizos sociais, estamos falando de cando a Xunta de Galicia ten ata seis meses de espera á xente que está esperando por unha valoración para a Lei de Dependencia. Creo que é o suficientemente serio como para non facer absolutamente ningunha interpretación persoal de algo como isto, e eu si quería, pois eu, dicir, me ausento ou non me ausento, é que me quería ausentar fisicamente, por iso quería falar antes. Sr. Presidente.- ¡Ah!, vale, vale, iso dámolo por entendido e non hai problema. Si, home, si. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e as abstencións do PSdeG-PSOE, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular de Galicia sobre a necesidade de coordinación entre as distintas administracións en materia social. Dita Moción é como segue: “MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA SOBRE A NECESIDADE DE COORDINACIÓN ENTRE AS DISTINTAS ADMINISTRACIÓNS EN MATERIA SOCIAL EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia estrutura o Sistema galego de Servizos sociais en rede, unha rede na que interveñen as distintas administracións da comunidade (local, provincial e autonómica), sendo de competencia municipal os servizos comunitarios básicos e os comunitarios específicos que deben desenvolverse –baixo a planificación da Xunta de Galicia- de xeito coordinado entre diferentes administracións. Pola súa banda, as deputacións provinciais de conformidade coa Lei 5/1997 de Administración Local, do mesmo xeito que se recolle no artigo 63 de Lei de Servizos Sociais de Galicia, teñen entre as súas competencias a asistencia económica, técnica e xurídica ós concellos e agrupacións de concellos, especialmente os de menos de 20.000 habitantes na implantación e xestión de servizos comunitarios municipais. Ó amparo desta normativa enténdese que é cometido das deputacións dar apoio prioritario ós concellos de menor capacidade. No contexto actual no desenvolvemento dos servizos sociais hai que ter en conta ademais que dende a entrada en vigor da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, contémplase a participación das entidades locais na xestión dos servizos de atención ás persoas en situación de dependencia de acordo coa normativa das súas respectivas CC.AA e dentro das competencias que a lexislación vixente lle atribúe (art. 12 Lei 39/2006). Así os concellos están a ter entre os seus cometidos a atención ás persoas dependentes na súa modalidade de axuda no fogar, que se cofinancia ata o de agora por parte da Xunta de Galicia como partida independente a través do denominado Plan Concertado, suplementando na súa achega o escaso financiamento que está a supoñer o nivel mínimo de financiamento que garante o Estado para a atención ás persoas en situación de dependencia, o que está a supor que a Xunta de Galicia está a achegar por este concepto un 228% máis que o Estado. Aínda así o modelo de financiamento establecido non está a permitir unha xestión áxil das transferencias. O incremento na prestación dos servizos sociais comunitarios e específicos e o axuste orzamentario ó que se están a ver obrigadas todas as administracións fan necesaria a existencia de liñas de financiamento estables no tempo, coordinadas e planificadas, entre as distintas administracións competentes, nun ou noutro nivel, en materia de servizos sociais. Por todo isto e en aras de mellorar o sistema de financiamento e de atención ós servizos sociais e garantir a achega dun servizo de calidade á cidadanía, a Deputación de Pontevedra, insta ás distintas administracións a: - Demandar do Goberno Central a blindaxe do investimento que achega á comunidade de Galicia para o financiamento do plan concertado, plan xitano e atención a menores, mediante transferencia anual á Xunta. - Demandar así mesmo que garanta en relación co servizo de axuda a domicilio a persoas en situación de dependencia que están a prestar as entidades locais, o financiamento do 50% do custe deste servizo a través do nivel mínimo de financiamento de xeito que permita a viabilidade e suficiencia financeira do sistema para a autonomía e atención á dependencia. - Establecer mecanismos de coordinación entre todas administracións, concello, deputación provincial e Xunta, que permitan establecer liñas claras e estables de financiamento dos servizos sociais básicos que se prestan á cidadanía. - Pór en marcha un sistema que axilice os pagamentos anuais ós concellos por parte da Xunta de Galicia que asegure unha porcentaxe de anticipo do que lle correspondería anualmente ó concello pola prestación de servizos sociais comunitarios básicos, no primeiro cuadrimestre de cada ano. - Pór en marcha unha ferramenta que permita aboamentos trimestrais do servizo de axuda no fogar para os dependentes introducidos no sistema a 31 de decembro do ano anterior. - Elaborar unha normativa que flexibilice nos concellos a aplicación do copagamento dos servizos sociais comunitarios básicos e específicos.” b) Parte de información e control: 9.6163.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Moitas gracias. Nos queda dar conta das Resolucións Presidenciais, que están nas carpetas, polo tanto xa as vistes. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De Resolución Presidencial de data 9 de decembro de 2011, delegando as atribucións da Presidencia dende o día 12 ata o 15 de decembro, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. B) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 22 de novembro e 27 de decembro do ano 2011, e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 10.6164.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Bueno, pois damos por … non sei se hai algún rogo ou algunha pregunta, senón damos por rematada a, perdón, perdón. Ti dicías que íamos ser rápidos, a este ritmo imos ó puente co debate do Pleno, seguro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Supoño que sería, vamos chegarían aquí os datos ou os recibiría vostede ou senón vanvos chegar, sobre un asunto que levamos moito tempo batendo con el e intentando dar solucións que é o da seguranza viaria, o da seguranza viaria. Sr. Presidente.- Si, aí se fixo un avance pero pequeno. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ostentamos un triste récord, somos, as estradas da nosa provincia, as estradas son as que peor comportamento, que con esa sinistralidade, teñen de todo o Estado. En términos relativos si, e moi por riba, e moi por riba, en términos absolutos está Barcelona, Madrid e Pontevedra, en términos relativos estamos, en estradas, nas estradas, en total. Sr. Presidente.- Si, vin ese dato e é preocupante. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu, se podíamos facer algo, por que. Sr. Presidente.- Si, eu o que propuxen é, de feito se fixo unha paralización, ou non, paralización, de constituír esa Comisión Provincial de Seguridade Viaria, porque, para incorporar ó Ministerio de Fomento, non sei a quen van a nomear, e polo tanto que empezase a funcionar en xaneiro, e iso queremos facelo, e á parte onde estean, non o grupo de goberno, senón que poidan estar representados os grupos da oposición porque eu creo que aquí é un tema que temos que estar todos, e creo que é importante, e polo tanto esperando o nomeamento que fagan de Fomento, o responsable provincial nese ámbito, pois tomar unha decisión con ese tema, constituír a Comisión Provincial de Seguridade Viaria no que se refire á rede de estradas das distintas administracións. Neste caso do Estado, da Comunidade Autónoma, da Provincia e tamén, independentemente dunha que hai na Subdelegación do Goberno, creo que aquí é como responsables das estradas, que podemos facer en cada unha delas na mellora, nas que son sobre todo de actuación conxunta, que toca unha noutra, etc., etc. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero algo habería que ir facendo aquí, iso ou a ordenanza esa ou o que sexa. Sr. Presidente.- Totalmente de acordo. D. Francisco Veiga. Sr. Veiga Soto.- Sr. Presidente, bos días de novo e moitas gracias por …. Bueno, seguindo co espírito navideño e dado que parece que chegaron os reis antes de tempo hoxe, porque parece ser que a información que lle veño pedindo mes tras mes, sobre eses fondos de libre disposición que ten ó seu cargo, e como lle comentou ó Sr. Mosquera na primeira intervención do día, que se lle vai a facilitar todos os datos, espero que non se olvide de min e que me facilite tamén eses datos que lle veño pedindo todos estes meses. Entón, con ese ánimo navideño gustaríame que se acorde e que nesa carta ós reis magos, pois que me inclúa tamén, e que me meta tamén esa información como regalo de ano novo, como regalo de este novo ano que empeza agora. Entón, simplemente iso, Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Feliz ano a todos e a todas 2012. Moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición