Fondos
2012-03-30_Ordinaria. Acta de sesión 2012/03/30_Ordinaria
Acta de sesión 2012/03/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/1.2012-03-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2012/03/30_Ordinaria
Data(s) 2012-03-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 30 de marzo de 2012 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día trinta de marzo do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado Provincial Don José María Bello Maneiro (PP). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días, comezamos entón. 1.6187.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 27 de xaneiro e 24 de febreiro de 2011. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 27 de xaneiro e 24 de febreiro, de 2012. a) Parte resolutiva: 2.6188.- DAR CONTA DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO DE 2011 Sr. Presidente.- Punto número 2. Dar conta da liquidación do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos correspondente ó exercicio de 2011. En principio é dar conta nada máis, polo tanto, non, ¡ah!, queren. D. Cesáreo Mosquera, ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, efectivamente estamos no punto que é dar conta da liquidación do orzamento da Deputación do ano 2011. Obviamente a situación económica e a xestión dun organismo, bueno, mídese por moitisimos parámetros, pero un deles, a liquidación do orzamento e as contas resultantes, pois dan unha boa radiografía da situación na que está e que pasou nese ano. Polo tanto, se me permite o Sr. Presidente, pois gustaríanos analizar, directamente, que é o que se deduce destas contas con respecto ó que pasou no ano 2011. Moi brevemente, pois, o que sucedeu, á parte dalgúns adornos de supostos axustes, recortes ou como se queira chamar, pois, basicamente, o que sucedeu é que nunha situación de alto endebedamento da Deputación e nunha situación de baixa de recursos, real e previsible, unhas confirmadas e outras previsibles, pois, esta Deputación dedicouse a gastar como se se acabara o mundo, de feito gastouse máis que o ano anterior e probablemente que o anterior. Razóns, son obvias, había as eleccións municipais no 2011, e tamén houbo despois as xerais, bueno, ou podía, senón estarían sendo agora, ou sexa que en todo caso había que repercutirllo ó ano 2011, co cal pois adicáronse a gastar como se se acabara o mundo, usando, digamos, non unha planificación económica de xestión desta casa, senón por motivos alleos, ou sexa usando esta casa en función de que haxa eleccións ou non, e o ano pasado houbo dúas, e ben que se reflexan nos, vamos, nesta liquidación, nos gastos que se fixeron e no volume que se, vamos, que se executou. Ben, entón, visto isto, pois, o que é obvio é que está en caída libre a capacidade de gasto desta Deputación, ou sexa, esgotouse dunha maneira brutal sabendo que os ingresos ían a baixar, e polo tanto, isto aproxímase cada vez máis a ter que facer, de maneira traumática, o que se puido ter feito de maneira menos virulenta, dun axuste gordo, de todo o funcionamento desta casa, logo, xa dubido, dubidamos moito que lle vaia a resistir para as autonómicas meterlle outra atacada do mesmo calibre. Se lla mete, que non me estrañaría, veremos o orzamento, os indicios parece ser que si, hoxe mesmo, pois, todos os remanentes líquidos que quedaron do ano pasado xa os meten nunha modificación de créditos, gastalos canto antes, gastar todo o que se poida canto antes, sen ter en conta que as previsións de futuro son malas, e polo tanto, había que facer un reaxuste dese gasto para manter, digamos, o nivel de servizos, aínda que rebaixado, pero mantelo, e non moi alto, digamos, neste período que hai eleccións, e logo que se caia absolutamente en picado. Bueno, esa é a situación e esa foi a súa dinámica reflexada en números con respecto ó manexo dos fondos da Deputación, cremos, advertimos, de que isto vai a peor, de que non están facendo os, vamos, unha política económica pensando ó medio prazo, ó medio prazo, dous, tres anos, ou catro, non máis, senón que están por motivos tácticos, en cada momento, pois, tirando, recortando gasto, por agora tirando o gasto de maneira, non, desmesurada, desmesurada, e o Pleno, que vén hoxe, pois o demostra, como dixemos antes, pola modificación que vén a continuación e demais, de que parece que lle pesa moito máis a dinámica das, non, de que vai haber autonómicas ó final deste ano ou a principio do que vén. Polo tanto, a gastar dende a Deputación para vender o que sexa de maneira desmesurada, parece que lles vai a primar esa mesma dinámica, e non vai resistir, saben perfectamente que non vai resistir, que non vai resistir, e, en fin, dá a sensación de que están facendo unha política dentro, de partir dunha situación bastante saneada, que agora xa non o é tanto, aquilo de, non sei se era Luis XIV ou o que sexa, “detrás de min o diluvio”, o asunto agora é salvar as eleccións e gastar de maneira desmesurada por recursos previsibles que vai haber, e en aras de agotar este período político, parece francamente desproporcionado, agora, nós plantexámoslle varias veces reconducir esta situación, quédanlle catro anos, alá vostedes, alá vostedes, alá vostedes. Dunha institución que estaba en boa situación económica, pois, a están poñendo peor do que podía estar, por culpa destes arrebatos de gasto que teñen cando hai períodos electorais. Cremos que é o que se reflexa na, vamos, na liquidación que nos presentan aquí, e pediriámoslle que corrixiran esta mecánica, pero, obviamente teñen maioría absoluta e non dá a sensación de que teñan ningunha gana de facelo, senón que obedecen ás directrices, cun uso partidario desta institución, moi claro, moi claro, tanto nas medidas aquelas tan simpáticas e inútiles que propuxeron, despois da Constitución, á metade de ano, como na mecánica de gasto que van, que impoñen en función dos seus intereses electorais. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Héctor Santos. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todas e a todos. É certo que é un punto que é de dar conta, a liquidación, que é obrigada ademais por parte do goberno da Deputación, de facer, e aquí se, dous datos moi concretos, o primeiro, de que en 2010 había un aforro na caixa de 130.725.808 euros, e agora, no peche de 2011 hai 83.619,14 euros. Claro, o problema é de que se están cargando os aforros, porque agora, ¿onde está a diferenza deste diñeiro?, ¿onde está gastado ese diñeiro?. Iso é moi grave, sobre todo, sobre todo, que no mesmo informe seguimos mantendo o 83,82% de deuda, unha das máis altas de España, non de Galicia, unha das máis altas de España. Polo tanto, polo tanto, eu creo que é algo que nos debería de facer reflexionar de forma importante, e isto non nolo inventamos nós Sr. Presidente, isto é no informe do Secretario e no informe de Intervención onde notamos en falta moito diñeiro, diñeiro de aforro de todos os cidadáns de Pontevedra que vostedes se cargaron, vostedes se cargaron ese aforro, e ademais cun endebedamento dun 83,82%, unha administración que o único que fai é recaudar dos demais, só recauda dos demais, obrigacións, se comparamos cun concello calquera, ningunha. Polo tanto, ¿como é posible que nun ano de 130.000.000 de euros de aforro pasemos a 83.000.000?, ¿como é posible?, e mantendo unha deuda do 83,82%, 105.000.000 de euros, iso lles parece boa xestión, lles parece ós señores do Partido Popular que iso é facer unha boa xestión, porque ademais, non estamos vendo que se estea investindo para reactivar a economía nin para a creación de emprego. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Héctor Santos. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, eu creo que despois das intervencións tanto do membro do Bloque Nacionalista Galego como do Partido Socialista, se mira claramente que, que bueno, aquí o único que se está intentando facer é unha crítica política. Primeiro, que se se fala de eleccións, mire, nós traballamos día a día, mes a mes, ano a ano, para todos os veciños e veciñas da provincia de Pontevedra, cos colectivos e dunha maneira especial cos concellos, e aquí hai un dato que é un dato importante, é dicir, que é o aforro neto, é dicir, tiñamos 40.105.000, iso si que non o din nin o Bloque nin o Partido Socialista, e agora temos 47.000.000, é dicir, hai unha diferenza favorable con respecto ó ano, do ano 2011 ó 2010, de 7.377.000 euros. Eu creo que isto é o importante, unha diferenza case do 20,5, co cal, pois, consolida estas contas e fai que esta institución sexa unha institución que, evidentemente, está plantexando, pois, unha situación de equilibrio económico, que creo que vén de ano a ano e se vai consolidando, e creo que iso é o verdadeiramente importante, que deamos resposta ás demandas que plantexan, dunha maneira especial os concellos, concellos pequenos que teñen grandes dificultades, e que creo que en anos anteriores se fixo unha política clara de apoio ós concellos e colectivos, dunha maneira especial, dende esta Deputación. Eu creo que o traballo está aí, as políticas están aí, moi definidas, moi claras, moi concretas, e que ó final está redundando en beneficio xeral de toda a provincia. Eu creo que a Deputación de Pontevedra deu mostras de atención a todos os colectivos, ós veciños e veciñas, e dunha maneira especial ós concellos, e creo que esa é a verdadeira política, agora, se vostedes queren entender que se eleccións, que se non elección, que se hai por medio ou deixa de haber. Mire, nós traballamos ó máximo, buscando a máxima rendabilidade e eficacia e eficiencia nos nosos servizos, a prestación de servizos que é o que estamos facendo, e creo que a Deputación se ten caracterizado dunha maneira especial, porque cada día está máis preocupada por novas formas de gobernar, novas formas de concretar a administración, creo que se está traballando de cara ó futuro, dunha maneira clara en mancomunar servizos, en prestar servizos que ó final resulten, redunden en beneficio de todos os concellos e de todos os veciños, e creo que, bueno, pois isto está reflexado, evidentemente, nos presupostos. Houbo un plan de infraestruturas que se levou a cabo, que algún grupo político incluso pedía máis contía que a que despois se conformou, porque nós considerábamos que había que ser prudentes, e así o fixemos, e bueno, pois, evidentemente, esas inversións están nos concellos, están nos colectivos e están en xeral en toda a provincia. Podíamos falar agora de cuestións, de proxectos e de programas que levamos a cabo, programas algúns que xa viñan de anos, outros que fomos modificando, outros que fomos incorporando, e eu creo que, bueno, estes presupostos reflexan claramente que esta Deputación a nivel económico ten boa saúde, e que, evidentemente, vamos a seguir traballando na mesma dirección, porque non hai ningún motivo de alarma nin de alerta para que se teña que cambiar. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Santos Héctor, ¿pediu a palabra de novo?. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, moi breve, gracias Presidente, de novo, moi breve. Claro que é unha crítica política porque cando vostedes, que é un goberno, toman decisións onde gastar os cartos ou onde investilos, toman unha decisión política, e nós claro que facemos unha crítica política, só faltaría. Miren, digo, moi breve, o equilibrio económico co 83% de deuda eu creo que non se pode dicir, Sr. Figueroa, hai que ser algo máis serios, iso non é equilibrio económico, cóntenllo a outros, pero a este Grupo municipal Socialista non llo poden contar. O que si estamos de acordo coa máxima rendabilidade, que vostede falaba do presuposto, pero máxima rendabilidade electoral, en momentos electorais, como está a facer tamén o seu Presidente da Xunta, agora con estes fondos que se sacou da manga últimamente. Pero mire, lle vou a dar outro dato, cando comezou 2011 había 113.000.000 case 114.000.000 de euros de remanente, e agora hai 56.000.000, como sigamos, como sigamos na mesma liña que vostede desexa, Sr. Figueroa, de traballar na mesma dirección, nun ano nos cargamos todo. Polo tanto, aplíquense, aplíquense en serio, aplíquense en serio e saquen os presupostos canto antes. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Vamos a ver, as cifras obviamente teñen lecturas, ben, agora o que si aparece claro é que no ano 2011, no ano 2011, vostedes gastaron moito máis do que ingresaron, corrector, non unha cifra de pequeno desaxuste, que sempre pode ser por incorporación dos remanentes ou non, ou sexa, cifras como 52.000.000 de euros, 40.000.000 de euros, ou como se queira interpretar, en función de como se axuste. O que está claro é que esta casa o 2011 gastou, vamos a deixalo en 50.000.000 de euros, dá igual, o que queira, gastou 50.000.000 de euros máis do que ingresou, ou sexa, que practicamente o 50% máis, o 40, o que queira, máis gastou do que ingresou. Iso é inapelable, iso está aí nos datos. Ben, se alguén fai iso, chámese como queira, esa é política de terra queimada, vou a gastar todo o que poida e máis, mais, obviamente, iso non lle vai a resistir durante moito tempo, porque se acaba, se agota, había remanentes líquidos, había obras pendentes para rematar, había, chámelle o que queira, pero agótase, obviamente, entón, non é unha política sensata, si hai aforro, si hai remanentes doutros anos, úsense, pero con certa moderación, porque o ano que vén vai haber menos e o ano que vén vai haber menos, e como lle peguen outra atacada, no exercicio actual, deste calibre, en función de que son as autonómicas este ano, deixan isto coma un patio, deixan isto coma un patio, pero un patio hermo, hermo, hermo, iso está aí nas cifras, non me diga que hai 40 millóns de aforro neto, si, bueno, aforro neto é un concepto que debe entender todo o mundo, ou sexa, iso é un concepto interno, o que sexa, pero vamos ás contas que entende todo o mundo, ¿verdade?, e as que entende todo o mundo é que se esta casa ingresou x, o ano pasado, está aquí, pero a ver, 125.000.000, ¿non?, parece ser, non, perdón, 75, é que non vexo ben, está aquí nos números, xa sabe que teño un problema, que non vexo ben, se gastou 75, se ingresou 75 e se gastou 125 ou x, chámelle o que queira, 50 millóns de pufo cada ano, ou sexa, que os teña, de gasto de máis, non de pufo, de gasto de máis, claro, iso non hai quen o resista, sábeno perfectamente, sábeo perfectamente, calquera, é como se vostede na súa casa ingresa pois 30.000 euros ó ano e se gasta 45 cada ano, iso non hai que no resista, non é que teño un aforro, non, pois o aforro vaise a comer, acábase, é que teño un aforro de 50.000, bueno, pois en tres anos xa quedou sen nada, quedou sen nada, entón unha de dúas, ou gasta menos e aguanta do aforro para outro apuro, ou se queda sen nada, e ten que recortar os gastos, non hai máis remedio, é así de clariño, é así de clariño, e iso é o que están vostedes facendo, e sábeno perfectamente e fano conscientemente, porque o ano pasado houbo dous procesos electorais, e me parece que para este ano seguen coa mesma dinámica, porque hai outro proceso electoral, bueno, despois cando pasen vamos a ver, despois, como era aquilo bíblico, aquilo do, “llanto e crujir de dientes”, ¿non?, agora detrás de min o diluvio, esa é a política que están facendo, e francamente, non parece razoable, ou sexa, teñen maioría, van facer o que lles dea a gana, pero non parece razoable. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Eu creo que está perfectamente resumido, mire, é certo e o acaba de dicir vostede mesmo, é dicir, que os datos, vostede, cada un fai a súa exposición segundo considere que técnicamente é o correcto. Nós entendemos que o aforro neto é fundamental dentro dos presupostos, e aquí hai un dato moi favorable, que o aforro neto no ano 2010 era de 40 millóns de euros e no 2011 é de 47 millóns, polo tanto hai unha diferenza favorable de 7 millóns. Tamén, vostedes non o reflexan, pero saben que este ano 2011 non houbo incremento de deuda e que a maiores houbo unha amortización do préstamo de 12 millóns de euros. Polo tanto, son datos que tamén a vostedes non lles interesan, é dicir, iso quere dicir que esta casa ten boa saúde e que evidentemente vamos a seguir na mesma dirección, que non temos nada que cambiar o rumbo, porque o rumbo está ben orientado e creo que está ben sustentado, tanto técnica como politicamente, porque ó final do que se trata, evidentemente, é de facer unha boa xestión técnica e tamén que as demandas que nos plantexen sexan dende aquí asumidas, as que consideremos que hai que priorizar, e as necesidades que ten esta provincia, e niso estamos traballando. Mire, ó final vostedes utilizan tamén o sentido da democracia e a democracia segundo lles interesa, aquí hai un dato relevante que é o máis fulminante de todo e rotundo, que había catorce deputados e hai dezasete, quere dicir que algo se fixo ben, esa é unha reflexión que hai que facer, porque ó final vostedes só falan onde gobernan ou onde incrementan votos, pero onde incrementamos nós a vostedes iso non lle interesa. Hai un resultado evidente, ¿nós para quen traballamos?, para os veciños e as veciñas, e os veciños e as veciñas dixeron que en vez de 14, 17, eu creo que tiñan que empezar a preocuparse ó mellor polos seus discursos, porque cada día son menos, algo funcionaría ben, digo eu, porque o pobo é intelixente, é sabio, e sabe o que ten que facer. Bueno, pois esa é a reflexión, polo tanto, eu creo que en base a esta parte que é o discurso político, evidentemente, tamén a parte técnica dicirlle, que nós estamos moi satisfeitos do traballo que se está a facer e como se está a facer, porque o problema non é como se gaste, é onde se gaste, é que obxectivos ten ese gasto e esa inversión, é dicir, se esa inversión é rentable socialmente, ese é o obxectivo que temos que perseguir. Eu me acordo, Sr. Mosquera, con vostede, que un día nunha conversa privada-pública, porque non tiña tampouco nada, falabamos da crisis e me dicía vostede, bueno, porque a austeridade, seguramente nestes momentos é cando máis teñen que investir as administracións, nun momento de crisis, ese é o seu discurso, discurso que o fan publicamente, incluso moitas veces. Bueno, o discurso, eu creo que ten que buscarse o equilibrio, un momento de crisis, manter os criterios de austeridade e de boa xestión, e ó mesmo tempo, tamén rentabilizar as inversións e iso é o que se está a facer dende esta casa. Polo tanto, eu creo que hai que estar atentos, evidentemente, a situación económica é difícil para todos, pero dentro diso eu creo que as políticas que se están aplicando e que vimos aplicando son as razoablemente correctas, xa non lle vou a dicir moi correctas, pero as razoablemente correctas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Polo tanto, quedan perfectamente claras unha vez máis as contas da Deputación e de todos os seus organismos autónomos. O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra de conformidade co previsto nos artigos 191.3 e 192.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e 90 .1 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril, aprobou, dentro do prazo establecido ó efecto, a liquidación do orzamento da Deputación e a liquidación dos orzamentos dos seus organismos autónomos correspondente o exercicio de 2011. A efectos de dar cumprimento o disposto no artigo 193.4 do citado Real decreto lexislativo 2/2004 e no artigo 90.2 do Real decreto 500/1990 e tendo en conta o establecido no artigo 3.2 en relación co 19.3 do Real decreto lexislativo 2/2007, de 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria, dáse conta ó Pleno das resolucións ditadas polo Presidente aprobando ditas liquidacións nas que destacan como datos máis significativos, o resultado orzamentario axustado, o remanente de tesourería total e o remanente para gastos xerais, que son os seguintes: ORGANISMOS RESULTADO ORZAMENTARIO REMANENTE TOTAL REMANENTE PARA GASTOS XERAIS Deputación 41.419.603,45 € 74.078.266,70 € 56.560.050,86 € Escola Universitaria Enfermería 41.659,74 € 413.402,30 € 413.402,30 € Escola de Canteiros 45.364,40 € 980.721,55 € 901.293,77 € Museo Provincial 371.875,65 € 1.103.117,84 € 1.103.117,84 € Turismo Rías Baixas 1.218.953,79 € 3.785.723,20 € 3.785.723,20 € Caixa de Anticipos 1.386.576,75 € 2.461.879,27 € 1.945.836,15 € ORAL 1.705.300,33 € 7.504.103,59 € 7.504.103,59 € IPESPO 888.358,13 € 12.406.697,57 € 10.242.486,43 € TOTAL....... 47.077.692,24 € 102.733.912,02 € 102.733.912,02 € Consolidado 47.077.692,24 € 102.733.912,02 € 82.456.014,14 € O Pleno queda enterado dos seguintes asuntos: • Do resultado da liquidación do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e das liquidacións dos orzamentos dos seus Organismos Autónomos (Escola Universitaria de Enfermería, Escola de Canteiros, Museo Provincial, Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos de Cooperación, ORAL e IPESPO), correspondente ó exercicio de 2011. • Da liquidación do orzamento consolidado da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus Organismos Autónomos, correspondente ó exercicio de 2011. 3.6189.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 1/2012 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Propóñolle ós grupos da oposición que os puntos 3, 4, 5 e 6, podemos facer unha votación conxunta e un debate dos mesmos, se estamos de acordo. Son expedientes de modificación, vamos, que aplicamos o tempo que sexa necesario, xa saben que aquí non hai problema de tempo. O punto 3 é o expediente de modificación de créditos 1/2012 da propia Deputación; o 4 é o expediente de suplemento de créditos 3/2012 do ORAL; o 5 é do organismo autónomo Museo Provincial de Pontevedra; e o 6 é da Escola Universitaria de Enfermería. ¿Se hai algunha intervención?. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. A ver, eu pedín a palabra, bueno, para que supera que se ía intervir, algo deste calibre supoño que se merecería que por parte do goberno se explique en que consiste, pero bueno, senón empezamos o debate a pau seco e punto. Sr. Presidente.- Ten a palabra o portavoz do Partido Popular primeiro. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, aquí hai, tres, catro expedientes de modificación de créditos, un da Deputación e outros tres de organismos autónomos, é dicir, creo que xa se deu conta na Comisión Informativa pero en calquera caso, bueno, dicirlle que o expediente da Deputación son créditos extraordinarios por un importe de 3.568.000, onde hai creo que tres partidas fundamentais, é dicir, eu diría que catro, pero tres dunha maneira especial, que é o programa de subvencións a centros e entidades de atención primaria, é unha prioridade, prioridade, número 1, ou diríamos, se hai por debaixo do 1 algo máis, pois iso, porque creo que os comedores sociais están pasando por un momento de dificultade, e bueno, pois aquí se destina unha cantidade importante de 192.000 euros. Despois hai un plan de persoal, Plan Provincial de Emprego 2012, que estamos falando de 2.270.000 euros, máis as cotas sociais que son 944, é dicir, estamos falando dun plan de case tres millóns e medio de euros, que, bueno, creo que nadie lle oculta que é unha prioridade, prioridade, que é tamén, é dicir, comedores sociais son, seguramente ata sexan máis que isto, pero evidentemente estas dúas cuestións son fundamentais. E despois, hai un investimento para a UNED, da ampliación do centro, que bueno, que consideramos que tamén é importante e que requiría pois a nosa atención. A partir de aí hai tamén traballos de programas socioculturais, que son suplementos de crédito, 80.000 euros para premio de estudo e investigación, porque non está o presuposto aprobado, tamén transferencias a unha fundación, e tamén para outra fundación da Semana Verde, que bueno, que está pasando por dificultades e intentaremos que sexa a última axuda, pero a ver se somos capaces de entre todos, de rescatala. E aquí hai, pois, unha parte importante de remate do Museo de Pontevedra, que eu supoño que os de Pontevedra votarán a favor desa cuestión e os demais tamén, porque consideramos que é un centro importantísimo, e que se fixo unha inversión importante entre todas as administracións, e creo que agora hai que rematalo, e tamén para o pago de expropiacións do IPESPO, que nos parece que é razoable esta axuda, e ademais que tamén no Padroado do IPESPO, no Instituto, se deu conta; e tamén para o tema de dixitalización da Deputación que hai outra partida, isto suma 8.167.000, e creo que as partidas están perfectamente xustificadas todas elas, e polo tanto, bueno, pois esa é a prioridade que temos agora mesmo. Despois, bueno, hai organismos autónomos de xestión de recursos, que son cantidades pequenas, aquí hai un crédito extraordinario de 31.000 euros, para equipamentos, e despois un suplemento de crédito de 98.000, que tamén pasou pola Comisión Informativa. Do Museo de Pontevedra pois tamén un suplemento de crédito de 58.700, para seguros de exposicións, bueno, ó non estar aprobado o presuposto son necesarios; e temos tamén da Escola Universitaria de Enfermería, tamén 17.000 euros, que é para aluguer de equipos informáticos, que son imprescindibles e que hai que por en marcha. E creo que, bueno, e despois hai o informe de Intervención, sobre certificacións pendentes de pago, relativas ó Real Decreto, bueno, son 75.000 euros, que bueno, son facturas que quedaron pendentes e que bueno, en calquera caso non vamos acudir senón que se vai a pagar estas facturas, non vamos acudir a este plan de axuste, pero bueno, en calquera caso se lle remitiu de Intervención o informe como era preceptivo. E bueno, eu creo que estes son os temas tratados, de expedientes de modificación de créditos e este de axuste presupostario. Polo tanto, nós consideramos que é imprescindible, que agora mesmo se está traballando xa no presuposto, e ó coñecer os datos todos, supoño que estarán estes días xa definitivos, e creo que, bueno, era importante priorizar estas cuestións, sobre todo, dunha maneira especial, a de emprego, que son fundamentais. Isto nos leva a que, estes dous expedientes ó ter que vir, pois, evidentemente, algúns incluso podían aguantar, é certo que algúns podían aguantar ata o presuposto, pero en calquera caso consideramos que ó traer un expediente de modificación de créditos con temas claves como o do emprego e o tema social, pois tamén aproveitamos xa, para que estas cuestións que están enriba da mesa, que se poidan ir tramitando e vamos adiantando pois estas prioridades que temos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Explicouse coma un libro aberto, coma un libro aberto, ¡tu!, nada, nada, case, case, case nos convence, de que isto é necesario, imprescindible, e que responde a unha dinámica, orzamentaria ou de xestión económica desta casa, brillante, case, case dá convencido. Antes rematou dicindo que o funcionamento da Deputación era moi rendible, si, electoralmente, a entrega de cheques, que sigue, bueno, todos os días hai que mirar as hemerotecas para ver esa vergonzosa entrega de cheques nun sitio e noutro, que sigue tirándose deles a, ademais é que parece que é a escola, a escola do bo deputado do goberno é sacar a foto entregando un cheque, senón fai iso non é un bo deputado ou boa deputada do goberno. Parece, parece que si, efectivamente, que deu bos resultados electorais, efectivamente, ou sexa, que calquera os convence agora de que iso non se debe facer, calquera os convence. Pero indo ós expedientes, un é o 4, que é o da Deputación, e o resto pois son expedientes menores, non, entón, o 5, o 4, o 5 e o 6, un é o 3, que é o expediente máis gordo e demais. Basicamente neste expediente trátase de que habendo remanentes líquidos 8.363.899, pois hai que correr, hai que correr, pero a toda présa, a ver onde os gastamos, a ver onde os gastamos, e, bueno, pois, deciden aquí toda unha serie de lugares onde gastalos, que obviamente tamén podía haber outros, bueno, onde gastar sempre hai, o asunto é, pois, facer unha prioridade mirando todo o que hai, e en función diso decidir. Eu non sei se vostedes teñen mirado todo o que hai para este ano, estiveron agardando para facer o orzamento e demais. Agora, o que sorprende, digamos, nesta cuestión, é que, primeiro, o que xa se dixo, ou sexa que se gastan á primeira de cambio todo o que poidan ter de remanentes; segundo, esta obra do Museo vai ser como a do Escorial, aquí o Sr. Presidente ten afirmado non sei cantas veces que a Deputación fai as cousas rápido, ben e demais, e que en Pontevedra tamén está facendo moitas cousas, leva anos facendo moitas cousas, segundo el, e algunhas fixo, haino que recoñecer, pero, caramba, aquí todo o que se toca, todo o que toca a Deputación multiplica o custe, o Museo non sei en canto vai, pero debe ir facilmente en máis do dobre do que foi orzamentado inicialmente; Pasarón vai no triple, ¿non?, practicamente, do que foi orzamentado inicialmente; e hai que meterse tres millóns de euros máis, bueno, case tres, 2,7 para isto. Houbo decisións tan sectarias e tan erróneas para esta casa como cando se ofreceu que o Polígono de Barro-Meis, pois, pasara a Xestur, e non, porque ía a dar marabillas, agora o que dá é unha, ¿verdade?, uns cantos millóns de euros que temos aí parados, ou que ten esta casa aí parados, e que hai que meterlle máis para expropiacións, hai que meterlle máis pola acometida de electricidade, hai que meterlle máis, hai que meterlle máis, hai que meterlle máis, e estamos cun problema, digo, está esta casa cun problema bastante serio con iso, se cadra no futuro se logra restituír por, vamos, por venta de parcelas, pero por agora o que se están é desvendéndose, están retirando ventas que estaban comprometidas. E claro, decisións que se foron tomando, pois, van agora repercutindo, repercutindo no orzamento e hai que pagalo. Vamos a ver, sen poder ir a crédito, vamos a ver que resto de investimentos e que resto de gasto nos plantexa no orzamento, agora isto así, descontextualizado, emitido única e exclusivamente para, xa temos oito millóns de remanentes, vamos a gastalos inmediatamente, obviamente non van contar co noso apoio, non van contar, vamos a votar en contra, iso, en fin, supoño que xa contarían con iso porque vai radicalmente en contra do que debe ser unha xestión, unha xestión, vamos, entendemos nós que debía ser a xestión desta casa, vamos, mentres exista, como xa a de deixar de existir pronto, pero bueno, mentres exista, mentres exista, a xestión que debía levar non é dende logo esta. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Héctor Santos. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias. Eu vou a ser moi breve tamén nestas modificacións e suplementos de crédito. O que queda en evidencia, en primeiro lugar, na propia intervención do portavoz do Partido Popular, portavoz do goberno, onde falaba nos créditos extraordinarios, que eran importantes tres das catro, dicía, bueno, as catro, en realidade son tres o que hai, porque o plan provincial de emprego e a cota social do plan provincial de emprego é un só programa, polo tanto, son tres. Dicía, de que é máis que evidente porque remata marzo e estamos sen presupostos na Deputación, nin nada que se lle pareza, pero seguimos facendo créditos extraordinarios e suplementos de crédito, isto é a demostración da incapacidade para facer un presuposto por parte do actual goberno da Deputación, e o que se está a facer con estes suplementos de crédito e con estes créditos extraordinarios, igual que se veu facendo no ano anterior, é facer as contratacións e facer os presupostos pola porta de atrás. Aínda así, dende o Grupo Provincial Socialista estivemos valorando a oportunidade de votar a favor estes créditos e suplementos que hoxe nos presentan aquí, fundamentalmente polo Plan provincial de emprego, que queremos recordarlle a todos vostedes, de que no ano 2011 presentaban nos seus presupostos unha cantidade, e incluso ningunha cantidade, para o Plan provincial de emprego, e por unha moción do Grupo Provincial Socialista se incluíu. Pero vemos, a todas luces, que isto é insuficiente, son unhas cantidades insuficientes e lle facemos unha proposta aquí. Sr. Presidente, ten dous millóns e algo sen consumir deses catorce millóns de libre disposición que vostede ten, pois mire, con eses dous millóns e algo, acópleos aquí, para facer cando menos un plan de emprego crible, un plan de emprego que ademais, que ademais, pola propia convocatoria, temos que criticar, porque vostedes xa nesta convocatoria, xa aplican a reforma laboral, xa a aplican para os homes e mulleres que se van a contratar, con xornadas de 25 horas semanais e un contrato de 6 meses, 25 horas semanais e un período de 6 meses. Hai nalgúns concellos que como queden as obras un pouco alonxadas, entre levalos e traelos me parece que se vai a ir todo o tempo da xornada. Vostedes, señores do Partido Popular, un mal plan de emprego é o que nos veñen aquí a propoñer con este crédito extraordinario, e ademais aplicando a reforma laboral. Pero miren, algunha cousa máis, xa observamos que están facendo a selección deste persoal aí nunha sala contigua, ¿como é a contratación destas persoas?, ¿que criterios hai?, ¿son parados e paradas de larga duración, familias con todos os membros en desemprego ou é por ADN familiar?. Porque sabemos, no anterior plan de emprego, algúns que estaban traballando, e cobrando, e cotizando, nalgúns obradoiros de emprego, o deixaron para vir a un plan destes. Entón, queremos saber, ¿que criterios?, ¿como se fai esta selección?, que todos teñan a mesma oportunidade para poder ser contratados. E terceiro, en canto a isto, deixen que os concellos poidan seleccionar eles ó seu persoal, confíen nos concellos, vostedes non confían nos concellos, pretenden tutelar permanentemente ós concellos. E no medio disto, vostedes van colocando outras partidas, porque claro, quen di que non á subvención a centros e entidades de atención primaria e comedores escolares, van metendo partidiñas pequenas, pero o gordo está aí, como é a obra do Museo ou o pago de expropiacións. Polo tanto, señores do goberno, señores e señoras do Partido Popular, fagan un presuposto canto antes, non fagan créditos extraordinarios nin suplementos de créditos pola porta de atrás. E terceiro, fagan un plan de emprego serio, crible, e que de verdade vaia dirixido a que a xente se forme, poida cobrar e teña unha xornada e un salario digno, e que non sexan utilizados, que non sexan utilizados unha vez máis de forma clientelar. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, ás veces é difícil manter a calma ou a prudencia ou ter que morderse a lingua, porque, mire, D. Santos Héctor, que vostede fale de transparencia, cando teñen as oposicións metidas nos xulgados e admitidas a trámite, as denuncias dalgún sindicato, ten tela, porque claro, é que vostedes falan, falan, falan, e non se dan conta que cando xestionan cometen erros, vostede ten as oposicións do concello de Vigo no Tribunal, admitida a trámite unha querella presentada por un sindicato, por falta de transparencia, por chanchullos, por amiguismo, etc., etc. Polo tanto, home, xa está ben, é dicir, xa está ben, dunha institución coma esta, que contrata 400 ou 500 persoas no plan de emprego, nos últimos, e este que vai a ser máis de 600, pois, que vostedes nos dean lección de algo cando aquí non pasa absolutamente nada senón que se fai con absoluta transparencia, con absoluta claridade, e creo que aí está o exemplo. Polo tanto, eu lle pediría que polo menos sexa un pouco prudente, ¿non?, é dicir, eu coñezo perfectamente o que pasa no concello de Vigo e ás veces, bueno, pois, incluso para non xerar máis trifulcas das que poida haber politicamente, que a xente non as entende, incluso ata ás veces, ata somos demasiado prudentes, pero vostede ten as oposicións metidas no xulgado, primeira cuestión. Segundo, con respecto á aprobación ou non dos presupostos, home, nós queremos ser rigorosos, queremos saber o que nos van a subvencionar dende Madrid, que supoño que será cuestión de horas para saber os ingresos que vamos a ter, para poder loxicamente articular os gastos e para facer pois un presuposto, como dicía antes, equilibrado, sensato e responsable. Nós, mire, nós non temos o problema que teñen outros, que dependendo se o péndulo do voto do Bloque vai para un lado ou vai para outro ou está no medio, hai máis présa, menos, ou non hai ningunha présa, iso lle pasa a algúns concellos que vostede sabe, hai algún concello que ía aprobar os presupostos en decembro, pero como o Bloque dixo que non, para xaneiro, como despois dixo que si pero que non, para febreiro, e agora como di que si, porque lle interesa, pois se aprobaron. Pero o rigor, xa me dirá vostede onde están cando non saben nin cal é a liquidación do ano 2010, nin cales van a ser os ingresos para o ano en curso, que temos, do 2012. A nós nos parece que, como temos maioría suficiente, para poder articular un presuposto sen ningún tipo de trauma, nin que o péndulo vaia para un lado ou para outro, pois, queremos ser serios, responsables e por iso estamos esperando. Lle podo asegurar que tan pronto como saibamos o dato económico do Estado, o que nos vai a ingresar, os presupostos están, máis ou menos as grandes liñas están totalmente articuladas e teñen uns obxectivos claros, tema social, cultural, que é o fundamental, e emprego, é dicir, xa lle estou adiantando cales son as liñas desta casa, social, cultural e emprego, dunha maneira especial, e por suposto unha atención prioritaria ós pequenos concellos que o están pasando francamente mal nalgúns casos. Polo tanto, xa lle adianto, tan pronto como se saiba, poña vostede quince, vinte días, máis ou menos, o que é o trámite administrativo, estarán en vigor. E que vostede nos recoñeza que o que traemos hoxe aquí é unha modificación correcta, é dicir, porque as partidas son razoables, sensatas, pois dende logo, tamén nos produce algunha satisfacción, ¿non?, é dicir, eu creo que vostedes están máis por absterse que por votar en contra, é dicir, porque claro, votar en contra dun plan de emprego de 600 persoas, vostede que é sindicalista, é un pouco forte, choca un pouco, a ver, non sei como se come iso, é dicir, defendo o emprego, son sindicalista toda a miña vida, e que ademais eu o respecto, sabe que o respecto dende hai moitos anos, pero claro, ¿como un sindicalista pode votar en contra dun plan de emprego de 600 familias, que van a ter unha oportunidade de traballar e de levar un soldo para a súa casa?. É bastante complicado, polo menos ó menos bastante difícil de explicar, ¿non?, creo que aí está. E o tema dos comedores sociais pois é unha necesidade, unha demanda que se ten e que lle volvo a repetir, que seguramente hai outras partidas que se superamos a cantidade e o presuposto estivera en marcha se houbera incluído, pero, evidentemente, como a situación económica o permite, o presuposto o permite, os informes técnicos o permiten, e a saúde desta casa o permite, pois vamos a facer o que permite a saúde en base ó que politicamente e tecnicamente consideramos que é o máis correcto. Polo tanto, eu lle pediría que reflexionasen e que un plan como este, de emprego, que é o tema maioritario desta modificación, pois, polo menos, que non votasen en contra, porque sería malo para esas 600 familias, que como di vostede, teñen que pasar, aínda que sexa unha proba, pero teñen que pasar esa proba, pois, que evidentemente, poidan dicir, pero, ¿como o Bloque e o Partido Socialista, que son tan progresistas, nos votan en contra?. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Héctor Santos. Ten vostede a palabra. Sr. Rodríguez Díaz.- Perdón, Presidente, que me estaban ensinando un recorte da época de sindicalista do Sr. Feijoo, pero dende logo nada que ver coa miña actividade sindical a del, nada que ver. Non, xa o sei, xa o sei, e eu co mesmo, ademais con respecto, de verdade, e con tranquilidade, a vantaxe miña é que se sabe de onde veño, se sabe de onde veño, con transparencia, algunhas e algúns, incluso desa bancada, terían que explicar como entraron na administración, eu non, dígoo polo da transparencia, Sr. Feijoo, ou perdón, Sr. Figueroa, eu non vou a desviarme do que me trae aquí que é o punto da orde do día, pero mire, nós en Vigo, con once de 27, fomos quen de ter aprobados hoxe uns presupostos, e vostedes, con maioría absoluta aquí, non son quen de traeren os presupostos, non son quen de traeren os presupostos. Segundo, vostedes, e llo recordaron hoxe Sr. Figueroa, eu creo que lles aburre ós nosos compañeiros e compañeiras que falemos de Vigo, pero hai, algunha cousa hai que dicir. Mire, hoxe lle recordaron a vostede que tendo o Partido Popular maioría absoluta en Vigo foi incapaz de facer presupostos en dous anos, o Partido Popular gobernando no concello de Vigo foi incapaz de facer presupostos, con maioría absoluta, en dous anos, e nós con 11 de 27, fíxese, pois con acordos co Bloque Nacionalista Galego, fomos quen de facer uns presupostos para os cidadáns. En canto ás oposicións, vostede coñece que xa hai sentencias onde din que non hai tema, pero bueno, en todo caso estará aí, e eu insisto, insisto, descoñecemos dende o grupo municipal socialista, descoñecemos como se fai, cales son as bases para contratar, fíxese que simple é, ¿que vai dirixido a persoas desempregadas de larga duración, xóvenes desempregados, familias con todos os seus membros en desemprego?, só pregunto iso, ¿o saben as persoas?, ¿que prazo tiñan para inscribirse?, iso é o que preguntaba, ¿alguén de aquí o coñece?, estou seguro que ninguén o coñece. Ben, é certo, e xa llo anunciamos dende o grupo provincial, de que a primeira intención era votar en contra disto, porque realmente, insistimos, vostedes o que fan é un presuposto pola porta de atrás con estas modificacións. Pero mire, tendo en conta que é insuficiente, tendo en conta que é insuficiente a cantidade que vostedes poñen para o Plan provincial de emprego, o Grupo Provincial Socialista nos vamos abster, nos vamos abster soamente por iso, pero insistindo, insistindo, en que esta non é a forma nin o camiño, traian vostedes, traian vostedes uns presupostos serios, para que saibamos claramente cales son as intencións políticas do goberno do Partido Popular, aquí na Deputación, para este ano 2012, que xa quedan só 9 meses, non sei cando os vamos a aprobar, en xuño ó mellor, ou xullo, ó mellor só nos queda medio ano para ter eses presupostos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Home, antes o Sr. Figueroa falou de que agora teñen tropecentos, antes tiñan tropecentos deputados e deputadas nesta Corporación, que aumentar e que tal, nalgunha cousa debe ser unha desgraza que aumentaran, porque que o Portavoz económico e Portavoz a secas tamén, do Partido Popular, cando se está debatendo unha modificación de crédito por oito millóns e pico de euros, se ausente, si, pero, eu que fago agora, repítolle outra vez a documentación, por se acaso lle escoita, ¡ai!, estaba escoitando aí o móbil, estaba escoitando o móbil, ¡ai!, iso si, bueno, pois se quere repítolle a argumentación ou non sei que facer, claro, dá igual, xa me imaxino o que vai a responder, ou sexa, dá igual, vostede responde igual para un roto que para un descosido, púidome responder sen escoitarme, que seguro que o ía facer igual que escoitándome, estou convencido, porque iso si, e unha cousa, responde igual para un roto que para un descosido, non hai ningún problema, pero bueno, non tivo a delicadeza de contestarme, senón xa non interviña nisto e tal, xa, ningún problema porque a resposta máis ou menos xa a sei. Pero, dúas cousiñas, unha, mire, déixense de que se en Madrid ou o que sexa, con respecto ós orzamentos, vostedes decidiron prorrogar os orzamentos por outros motivos e saben perfectamente cales son, partindo de que os orzamentos nunha administración local son algo infinitamente máis relativo que nunha Autonomía ou no Estado, pódese funcionar perfectamente sen orzamentos, cousa que nunha Autonomía ou no Estado non funciona, estase xogando sempre con esa ambigüidade de que, claro, senón hai orzamentos parece que se vén abaixo, o Estado senón ten orzamentos ten que parar, pero non é o caso nunha administración local, para nada, todos os anos xogan sempre con iso, pero partindo diso, pois, vostedes non fixeron os orzamentos por outros motivos que vostedes saben, saben perfectamente cales foron, se quere recórdollo, ¿non?. E, realmente, a min isto do plan de emprego me resulta tristísimo, e dígoo así con todas as letras, resulta tristísimo, ou sexa, o que tiña que facer, e enlazo co que vostede recordaba antes, a administración, era tomar medidas de tirar da economía, non esta Deputación, senón que manda realmente, que pode ser o Estado ou a Unión Europea, e non, e non, digamos, estrangular a economía, e despois resulta que facemos un plan que afecta a 200, a 400, ou o que sexa persoas, e estamos xogando a ver se facemos a foto con eles, que van a traballar, que non van a traballar e demais, é miserable, miserable, que a administración, como administración local, faga isto, pode ser aceptable, que xogue con isto é realmente miserable. Repito, dou por repetidos os argumentos da vez pasada e nós vamos a votar en contra, pero claramente en contra, sen ningunha dúbida, en contra. Sr. Presidente.- Eu quería que me sorprendera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, sorprendereille porque antes case nos convence, que se lle dan cartos ó Pontevedra, mire, se se lles pasou o Museo pois é un problema de xestión súa, non será un problema noso; ou se se lles pasou Pasarón e se multiplica, non é que se lles pase, multiplicáselle exactamente, pois non será problema do Grupo Provincial do BNG, que vostedes que presumen tanto desa xestión tan rápida, tan lixeira, tan boa e demais, pois se lle multiplique, pois mire, pois mala sorte, pero esta casa ten moitas máis necesidades. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Pero aínda así lle levamos bastante vantaxe, porque aínda que é certo que a vostedes as obras no concello se lle multiplicaron por 2, por 3 e por 4, que tamén nos ten pasado aquí, claro, nós polo menos adxudicámolas antes de inaugurar, vostedes algunha inauguraron e despois adxudicaron a obra, cuestión que iso non é para, é para persoas cunha capacidade extraordinaria de goberno coma a súa. Polo tanto, vamos con vantaxe, non, vostede sabe ben do que lle falo, vostedes inauguran algunha obra que non adxudicaron previamente, que lle custou tres veces do que estaba previsto. Polo tanto, niso aínda levamos vantaxe, aquí adxudicamos previamente, concurso público e todo iso. En todo caso, que, creín que me ía a sorprender votando a favor, pero non, non foi posible, será noutra ocasión. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Eu creo que o tema, o fondo do tema está debatido, eu creo que o PSOE polo menos pola abstención, xa a prudencia e o respecto de non dicirlle nada máis, eu creo que a abstención merece que polo menos se dean conta de que o expediente é positivo para todos. E con respecto ó Sr. Mosquera, Sr. Mosquera, non fun a falar por teléfono, llo dixen a D. Santos Héctor, con señas, se ía a intervir, porque tiña unha necesidade, eu pido que me, se hai algo, que me desculpe, non foi, sabe vostede que non teño nunca esa forma de proceder senón todo o contrario. Pero bueno, en calquera caso eu creo que o tema está perfectamente debatido e, Sr. Presidente, eu creo que xa é momento da votación. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Algo quere, unha palabriña, o Sr. Mosquera, quere por aí dicir algo. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Sabe cal é a diferenza?. Mire, é que aquí nesta casa si se adxudican contratos menores e demais, e tamén maiores, se cadra sen estar adxudicados, ¿vale?, ¿vale?. Agora, a diferenza é que a oposición non se dedica a ir ó xulgado á primeira de cambio, máxime cando sabía de sobra que fora unha cuestión dun funcionario e non tiña nada que ver con ningún concelleiro. Esa é a diferenza. Sr. Presidente.- Son bos chavales, son bos chavales, o que pasa é que era un caso demasiado evidente, Sr. Mosquera, era moi evidente iso, porque van a inaugurar a obra sen habela adxudicado previamente. Sr. Mosquera Lorenzo.- Repítolle, repítolle, mire, repítolle, que quede claro, parece que quedou claro todo iso, a diferenza é que coñecendo perfectamente cal era, cunha mala baba incrible, foi, foi a facer o ridículo, como se viu, que dou un resultado extraordinario. E cando aquí, cando aquí a oposición esas cousas non as fai, aínda que lle custen, clarisimamente, clarisimamente, ¿vale?, esa é a diferenza de tono, nada máis, dígoo, porque se mete estas cousas, pois metémolas, ¿que agora en Pasarón non se fixo obra demais sen estar adxudicada?, ¡que va!, ningunha, ¿verdade?, despois se pasan, ¿e no Museo?, tampouco, dígoo de gordas; e despois de pequenas as que queira, as que queira. Entón, mira, ¿deixámolo aí?, deixámolo aí, creo que foi un patinazo do Sr. Martín, do portavoz, que vai ser exportavoz en Pontevedra, que me sorprende moitísimo. Sr. Presidente.- Pero eu lle dou unha recomendación, polo menos, antes da inauguración adxudíquena, aínda que estea feita, ¿non?, para outra ocasión, oe, antes de inaugurala, oe, pois facemos, aínda que estea feita, facemos o trámite e despois inaugurámola, ¿que lle parece?, é unha recomendación razoable. Sr. Mosquera Lorenzo.- Agradécese a recomendación, pero aplíquea, aplíquea. Sr. Presidente.- Bueno, pois procedemos polo tanto á votación dos puntos números 3, 4, 5 e 6. ¿Ou separado?. Votamos un a un. Ben, primeiro aprobamos o número 3, punto número 3, modificación de créditos da propia Deputación de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Abstención, e en contra o Bloque Nacionalista Galego, que se lo está pensando para en outra ocasión votar a favor. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 21 de marzo de 2012, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2012, do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012, por un importe global de 8.167.241,33 euros, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que este expediente de modificación de créditos número 1/2012 finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente de líquido de tesourería para gastos xerais). Resultando que no informe de Intervención de data 21 de marzo de 2012, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 179 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2012, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1.- Aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/2012, do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012, por un importe global de 8.167.241,33 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 1º Gastos de Persoal 3.226.104,00 euros Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 160.000,00 euros Capítulo 4º Transferencias correntes 602.000,00 euros Capítulo 6º Investimentos reais 2.841.322,18 euros Capítulo 7º Transferencias de capital 1.337.815,15 euros Total variacións por capítulos 8.167.241,33 euros O detalle do expediente é o seguinte: a) Créditos extraordinarios: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 230-231-480,02 Programa de subvención a centros e entidades de atención primaria, a familias, comedores sociais… 192.000,00 € 921-920-143,01 Outro persoal, Plan Provincial de Emprego 2012 2.281.176,00 € 921-920-160,04 Cotas sociais, persoal Plan Provincial de Emprego 2012 944.928,00 € 922-323-658,02 Investimentos xestionados institucións sen fins de lucro, educación (Ampliación centro UNED Pontevedra) 150.000,00 € Total créditos extraordinarios 3.568.104,00 € b) Suplementos de crédito APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 230-230-227,07 Traballos realizados por outras empresas - proxectos promoción socio-cultural (Programa Saúde e Benestar) 100.000,00 € 340-340-481,01 Premios, becas, pensións de estudo e investigación (Copa Deputación) 80.000,00 € 340-341-489,02 Transferencias a familias e institucións sen fins de lucro (Convenio coa Fundación Pontetec) 180.000,00 € 410-419-489,02 Transferencias por convenios e outros (Fundación Semana Verde de Galicia) 150.000,00 € 457-333-622,01 Edificios e outras construcións (obra Museo) 2.691.322,18 € 815-156-712,07 Transferencias de capital ó IPESPO (pago expropiacións) 1.337.815,15 € 922-920-220,00 Material de oficina, ordinario non inventariable (contrato impresión e dixitalización Deputación) 60.000,00 € Total suplementos de créditos... 4.599.137,33 € Este expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose as seguintes operacións: • Remanentes líquidos de tesourería para gastos xerais: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios 3.568.104,00 € 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito 4.599.137,33 € TOTAL 8.167.241,33 € 2.- O expediente de modificación de créditos número 1/2012 será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 4.6190.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITOS 3/2012 DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL ORAL Sr. Presidente.- Punto 4. Expediente de suplemento de créditos 3/2012 do Organismo autónomo local (ORAL). ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de marzo de 2012 acordou aprobar o expediente de créditos extraordinarios número 2/2012 e de suplementos de créditos número 3/2012, por un importe global de 125.166,00 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente de créditos extraordinarios número 2/2012 e de suplementos de créditos número 3/2012, finánciase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2011. Resultando que no informe de Intervención de data 20 de marzo de 2012, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), en canto á competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de créditos extraordinarios número 2/2012 e de suplementos de créditos número 3/2012, do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1. Aprobar o expediente de créditos extraordinarios número 2/2012 e de suplementos de créditos número 3/2012, do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) por un importe global de 125.166,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 45.166,00 euros Capítulo 3º Gastos financeiros 80.000,00 euros Total variacións por capítulos 125.166,00 euros O detalle do expediente é o seguinte: a) Créditos extraordinarios: número 2/2012 APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 893.932.206,00 Arrendamentos de equipos para procesos de información 31.293,60 € Total créditos extraordinarios 31.293,60 € b) Suplementos de crédito número 3/2012 APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 893.932.220.00 Material de oficina non inventariable 13.872,40 € 893.932.352.00 Intereses de mora-devolucións de ingresos indebidos 80.000,00 € Total suplementos de créditos... 93.872,40 € Este expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose as seguintes operacións: • Remanentes líquidos de tesourería para gastos xerais: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 932-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios …………………………….. 31.293,60 € 932-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito ………… 93.872,40 € TOTAL... 125.166,00 € 2. O expediente de créditos extraordinarios número 2/2012 e de suplementos de créditos número 3/2012 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais, será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.6191.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITOS Nº 1/2012 DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto 5. Expediente de suplemento de créditos nº 1/2012 do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra. ¿En contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra” da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o 23 de marzo de 2012 acordou aprobar o expediente de suplemento de créditos número 1/2012, por importe global de 58.790,00 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente de suplemento de créditos número 1/2012 finánciase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra” correspondente ó exercicio de 2011. Resultando que no informe de Intervención de data 8 de marzo de 2012, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012 do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra”, en canto á competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de suplemento de créditos número 1/2012 do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra”, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1. Aprobar o expediente de suplemento de créditos número 1/2012 do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra”, por un importe global de 58.790,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 58.790,00 euros Total variacións por capítulos 58.790,00 euros O detalle do expediente é o seguinte: Suplementos de crédito: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE SUPLEMENTO 12/833.333.206.00 Arrendamento de equipos procesos de información 8.850,00 € 12/833.333.220.00 Material de oficina non inventariable 6.490,00 € 12/833.334.212.00 Pintura de salas para exposicións 850,00 € 12/833.334.221.99 Material non inventariable 5.850,00 € 12/833.334.223.00 Transportes para exposicións 7.200,00 € 12/833.334.224.00 Seguros para exposicións 2.500,00 € 12/833.334.226.01 Atencións protocolarias en exposicións 500,00 € 12/833.334.226.02 Publicidade e propaganda en mostras 3.200,00 € 12/833.334.227.06 Fotografías 3.750,00 € 12/833.334.227.06 Catálogos 14.100,00 € 12/833.334.227.06 Montaxes 5.500,00 € Total suplementos de crédito 58.790,00 € 2. O expediente de suplemento de créditos número 1/2012 do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra” será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 6.6192.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITOS Nº 1/2012 DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Sr. Presidente.- Punto 6. Expediente de suplemento de créditos nº 1/2012 da Escola Universitaria de Enfermería. ¿En contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 29 de febreiro de 2012, propón ó Pleno a aprobación do expediente de suplemento de créditos número 1/2012 da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, por un importe global de 17.936,00 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente de suplemento de créditos número 1/2012 finánciase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento da Fundación Escola Universitaria de Enfermería correspondente ó exercicio de 2011. Resultando que no informe de Intervención de data 29 de febreiro de 2012, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do orzamento prorrogado do ano 2011 ó 2012 da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, en canto á competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de suplemento de créditos número 1/2012 da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1. Aprobar o expediente de suplemento de créditos número 1/2012 da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, por un importe global de 17.936,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 17.936,00 euros Total variacións por capítulos 17.936,00 euros O detalle do expediente é o seguinte: Suplementos de crédito: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE SUPLEMENTO 12/832.323.206.00 Aluguer de equipos informáticos 14.160,00 € 12/832.323.220.00 Ordinario non inventariable 3.776,00 € Total suplementos de crédito 17.936,00 € 2. O expediente de suplemento de créditos número 1/2012 da Fundación Escola Universitaria de Enfermería será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 7.6193.- DISOLUCIÓN DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO E INTEGRACIÓN NO CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO Sr. Presidente.- O punto número 7. Disolución do Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca do Morrazo e integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento. Bueno, pois é, Sr. Cacabelos Rico. Sr. Cacabelos Rico.- Si, moitas gracias, Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Nos últimos plenos vimos aprobando ou plantexando no Pleno, a disolución dos diferentes consorcios comarcais para integralos dentro do Consorcio provincial de servizos contra incendios e salvamento. Sería bo que puidéramos debater nalgún momento a estrutura, funcionamento e os argumentos, para que este Consorcio puidera levar adiante o servizo coas mellores prestacións e competencias posibles, e tamén aproveitar para falar do que é a súa configuración e estrutura interna. Pero hoxe, concretamente, quixera referirme a dous puntos que nos chaman un pouco a atención, e que quixéramos, bueno, pois, solicitar explicacións ó Presidente do seu funcionamento deste consorcio. Aproveitando toda esta reestruturación e facendo gala da austeridade, que por certo é un concepto que incluso economicamente tampouco se entende moito, porque debíamos de estar falando de eficiencia, de eficacia ou de optimización de recursos, porque a austeridade pois é un concepto moito máis vago, pero moi reiterativo, sobre todo polo grupo de goberno, utilizado polo grupo de goberno, non acabamos de entender, en aras incluso desta austeridade, que a estrutura deste Consorcio provincial, pois sega mantendo algunhas cuestións que non acabamos de precisar ou de entender. Por exemplo, se contrata, se ten contratado a un xerente, que, casualidades da vida, é un cargo político, concelleiro do concello da Illa, pero imaxinamos que son casualidades da vida. E, o que si queríamos saber, e por iso solicitamos hoxe explicacións, é, ¿que funcións?, ¿que competencias?, ¿que delegacións?, ¿que capacidade de toma de decisións ten este cargo?, porque, sinceramente, a día de hoxe, non temos esta información, e sobre todo, entendemos e podemos entender, que dada a especialización deste servizo moi concreto, o perfil para un xerente debería de ser máis un perfil técnico que non político. E, é máis aínda, que non se entende moi ben a configuración da estrutura e do organigrama interno do servizo do Consorcio provincial, porque ademais temos contratada, hai contratada unha empresa, concretamente Celta Prix, que dentro das actividades que realiza a única función que ten é a contratación do persoal deste Consorcio. Polo menos, na información que nós podemos dispoñer, que tamén temos que dicir que non é moita, aínda que a temos solicitada, ¿que sentido ten ter un Xerente?, ¿que funcións ten?, por iso a pregunta anterior, e agora temos unha empresa, Celta Prix, que se dedica á contratación de persoal. Por certo, tamén queremos saber, e que nos dean explicacións, se pode ser, ou contestar á pregunta de, ¿por que non se rescinde o contrato con esta empresa, sabendo xa todos que está incursa nun concurso de acredores?. E entendemos, que en aras a que toda empresa que contrata cunha administración debe ter unha serie de garantías e avais, hoxe en día poderíamos discutir que xa non está cumprindo estas mesmas garantías, polo tanto, ¿que razóns existen para seguir mantendo a contratación desta empresa neste Consorcio?. Así pois, nós avogamos por un modelo de xestión directa e aproveitando toda esta reestruturación e disolución dos diferentes consorcios comarcais, pois aproveitar a oportunidade desta reestruturación para darlle un carácter máis profesional e cualificado a este Consorcio. Pero, si reitero a solicitude de, ¿que funcións ten este Xerente?, ¿cales son as súas competencias?, ¿cales son as súas delegacións?, ¿que capacidade de decisión ten no Consorcio provincial?, e tamén, ¿por que razón temos unha empresa contratada soamente para que se dedique á contratación de persoal do Consorcio provincial?, e ¿por que continuamos con esa empresa, sabendo que está incursa nun concurso de acredores e ademais as dificultades para atender o pago das nóminas nos meses pasados?. Moitas gracias. Sr. Presidente.- En principio vou a contestarlle, aínda que o punto é disolución, neste caso, do Consorcio do Morrazo, que non é precisamente o tema ese, pero como non hai, evidentemente, ningunha cuestión que ocultar, dicirlle en primeiro lugar, na política de austeridade, como se nota que non coñece cal era o planteamento inicial que puxera en marcha a Lei de Emerxencias de Galicia, precisamente aprobada polo bipartito, onde falaba, sen ter contado previamente coas Deputacións, de que cada Parque de Bombeiros debería ter un Xerente, e eu decidín, evidentemente, o equipo de goberno decidiu, que debería haber un Xerente para todos os Parques, e é suficiente, e polo tanto, por iso decidimos a contratación dun Xerente. Eu sei que vostede non está de acordo, porque, evidentemente, pois, levemos a cabo a contratación dunha ou doutra persoa, a valía, evidentemente, profesional de cada quen pois teraa que demostrar. En todo caso, se quere que falemos de colocación do Partido Socialista, faríame falta o Pleno este e tería que seguir moitas horas, ¿verdade?, polo tanto, se quere que falemos diso falamos largamente, empezamos a tirar de lista e, bueno, me quedaría, se me aburrirían aquí os compañeiros, e non é cuestión diso, porque é moi larga a retahíla de colocación, ¿verdade?. Entón, o labor que, evidentemente, debe exercer neste caso é o de coordinación dos cinco parques, que a pesares do que propoñía, como digo, na Lei de Emerxencias do goberno bipartito, pois finalmente o sentido común imperou e poñemos un Xerente para ese labor. Vostede, me fala dunha cuestión, que non ten moita explicación o que vostede está dicindo, en relación a que hai unha xestión indirecta, unha xestión indirecta nos distintos parques comarcais, que agora dalgunha maneira é un único Consorcio Provincial quen as xestiona, e, e tamén, non sei se é en todos, pero me parece que si, en todos o xestiona de maneira indirecta unha empresa, que por certo, gracias á mediación da Deputación ten os seus pagos, de momento e a día de hoxe, ó día. E lle informo tamén que en relación a esa petición de que deberíamos sacar un novo contrato, xa chega tarde, porque xa está en marcha a elaboración dun prego que pon en marcha o concurso dun novo, un novo concurso para a xestión, neste caso, dos parques do Consorcio Provincial contra incendios, e que se dedica á contratación de persoal, dedicarase ó que estaba previsto, que é a xestión dos parques, cando dalgunha maneira se puxo en marcha o primeiro contrato de xestión indirecta. ¿Quedoulle claro?. Dígame. Sr. Cacabelos Rico.- Claro, claro, non, porque vostede sempre ten a capacidade de botar balóns fóra e dende logo é admirable. Sr. Presidente.- Non, non. Sr. Cacabelos Rico.- Insistir, e por certo, aproveito, cando queira falamos de contratación de persoal, de moitas administracións, en moitas cuestións. Por certo, sigo esperando, este Deputado segue esperando a que vostede autorice a que eu poida acceder ó expediente e á información, por poñer un exemplo, e despois en rogos e preguntas redundarei no tema, ás contratacións que se fan por exemplo na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, entre outras razóns. Pero quérome centrar nesta cuestión, non discutimos a figura do Xerente, estoulle preguntando directamente cales son as funcións, competencias, delegacións, que ten esta figura, que é un cargo político e que entendíamos que debía ter un perfil moito máis técnico. E a segunda cuestión, xa sabemos que hai un concurso para a concesión da xestión desta empresa, e ata onde nós sabemos, vostede dirá que se está facendo, que saía o concurso, moi ben, nós discutimos ese modelo, pensamos que, dende logo, hoxe en día e en aras desa austeridade que tanto reclaman e tanto insisten, o modelo de xestión directa neste servizo concreto sería moito máis eficaz e moito máis eficiente, pero agora mesmo ó único que se dedica Celta Prix é a contratación do persoal do Consorcio, todo o demais non sabemos quen o leva, porque ata temos dúbidas de que este Xerente nomeado o leve. Polo tanto, lamento que sempre esquive as preguntas e as explicacións, pero, reitérolle, ¿Celta Prix segue contratada?, aínda que pode haber outro proceso, pensamos que hai causas suficientes para rescindir xa ese contrato. ¿Segue contratada por algunha razón específica, por algunha razón especial que o propio Presidente da Deputación poida ter?, ou, ¿por que razón, estando incursa neste concurso de acredores non se rescinde ese contrato?. E seguimos esperando, falar e debater sobre o modelo do Consorcio provincial contra incendios e salvamento, por suposto, pero nos gustaría saber, ¿cales son as competencias claras?, deberían de estar definidas cando se contrata unha persoa, un cargo desta características, do Xerente do mesmo consorcio. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Creo que este tema non ten moito máis que debater, en todo caso lle remito a que acuda ó prego da contratación e aí o poderá ver. E no caso da empresa, o que acaba de manifestar non deixa de ser máis que unha incongruencia, porque, en relación ó tema de Celta Prix, porque se dalgunha maneira lle estamos dicindo que está un prego en marcha e que ten un contrato en vigor e que ten ó día os traballadores, polo menos a día de hoxe, pois non deixa de ser unha incongruencia, porque vostede lle rescinde o contrato, precisamente non está rescindindo o contrato, pero se está facendo un novo prego para que dentro deste mesmo ano 2012 se saque un novo concurso, polo tanto non deixa de ser unha incongruencia o que está manifestando. Pero bueno, fóra dese comentario o importante era, como digo, que, estamos facendo unha magnífica xestión e se verá dentro duns días, ó aglutinar en torno á propia Deputación un único Consorcio contra incendios e salvamento da provincia de Pontevedra, que inclúa a todos os parques comarcais, ¿non?, polo tanto creo que neste sentido é unha moi boa nova, que vai funcionar ben, e estou convencido que vai dar moi bos resultados. Bueno, votos, polo tanto, Sr. Mosquera, perdón. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, mire, non pensaba intervir pola, vamos, pola, porque é un tema xa debatido noutros casos e demais, pero fixo vostede afirmacións que coa información que teño, me, en fin, mire, preocúpese da formación e da calidade de actuación destes parques que agora se van a unir, a intervención que tiveron o outro día na nave de Curro foi, é dicir, un atentado ás normas mínimas de actuación, incluso dos protocolos de actuación, e non houbo maiores problemas polos motivos que todos sabemos, porque houbo outras intervencións, e non quero dicir máis, non quero dicir máis porque tampouco é cuestión aquí de airear exactamente onde fallaron, o que fixeron e demais, pero bueno, só un detalliño, por exemplo, pois permitir que estean alí arredor pois xente que non ten nada que ver, que se chega a haber o que era previsible puido haber unha desgraza evitable duns cantos mortos. Digo que se preocupen, que non é fácil, non é fácil, que haxa esa preocupación, agora, se me di que son unha maravilla e tal, vamos, vamos a deixalo, non quero dar máis datos, podía dalos, simplemente que se preocupen de profesionalizar e de formar seriamente a estes parques, que hai bastante, bastante que rascar. Non pensaba dicilo, agora con esas marabillas que vostede contou non tiven máis remedio. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a ver, Sr. Mosquera, agradezo o seu comentario, e sei ademais que vostede foi un dos defensores da posta en marcha deste servizo, e a reclamación deste servizo, pero lle traslado que hai oito anos non existía este servizo, vale, en primeiro lugar. En segundo lugar, como estiven na zona cero, por dicilo así, pois, sen ter coñecementos sobre a materia, sei o que pasa coas distintas persoas que traballan neste servizo, pero antes partiría doutra cousa, partiría doutra cousa, que é que Barro non está dentro do Consorcio, polo tanto, creo que é un matiz importante que debemos puntualizar, Barro non está dentro da actuación, me refiro dentro do Consorcio daquela zona e dentro do que se refire ó ámbito. Pero nós temos que dar cobertura, ¿verdade?, porque estea onde estea hai que dar cobertura, e creo, ademais, en que dentro dese ámbito algúns parques deben ser no horizonte razoable e dispoñible dende o punto de vista económico, ampliada a súa dotación para dar unha maior cobertura, exemplo Comarca de Caldas, exemplo Barro. Entón, alí pois os primeiros en chegar foron os do Consorcio do Salnés, pero despois chegaron os de Pontevedra, tamén, e despois se sumaron máis unidades dos distintos parques do Consorcio Provincial da Deputación, e claro, cando chegaron os de Pontevedra, como hai de vez en cando estas colisións, colisións dende o punto de vista de ámbito persoal, dicindo, “non, aquí ou levamos nós a xestión ou senón non actuamos”, dixeron os de Pontevedra, esa é a información que eu teño, é a información que eu teño, e estaba presente. Polo tanto, máis, menos, lles podo dicir iso, que ás veces non é cuestión tanto, que tamén, do que vostede dicía, que canta máis formación teñan, neste ámbito, mellor, pero ás veces sei que son corpos, non, non, como cando falamos de Protección Civil, que creo que sabe ben do que lle falo, non, ou actuamos baixo a nosa dirección ou senón nós nos apartamos, e claro, como era un terreo supostamente de nadie, porque non era dentro do ámbito do Consorcio do Salnés, nin Pontevedra, porque está para o municipio de Pontevedra, pois aí se produce unha colisión, que finalmente, hai que dicilo tamén, o sentido común parece ser que imperou, ¿non?, e ó final, bueno, pois como había responsables doutros ámbitos, no que é o ámbito non só da provincia senón de toda Galicia, pois ó final houbo acordo. Pero isto, é evidente que isto non se debe nin se pode producir, este tipo de cuestións, que van máis alá, van máis alá do que é o importante, que é a actuación inmediata sobre esta cuestión, en todo caso, que isto era unha vez que, vamos, os traballadores estaban fóra, os que foran evacuados, incluída a persoa falecida, pois, xa estaban fóra do que era o ámbito da propia instalación. Por iso digo que, eu creo que eses excesos tamén son malos, excesos de que, claro, como os de aquí, pois son un corpo que leva non sei cantos anos, e claro, chegan alí, pero claro, chegaron despois dos do Salnés, entón, por iso digo que, niso tamén os responsables públicos, tamén teremos algo que dicir, que ten que haber unha unidade e non pode haber, en todo caso, este tipo de diferenzas, senón que ten que haber prioridade absoluta sobre a cuestión que é a que importa, que é a actuación onde estamos, onde hai que proceder a actuar de maneira inmediata, ¿non?. Por iso digo, que no que se refire a esta planificación, que partiu de cero, por certo, e vostede recordará ben, onde vostede reclamaba que a Deputación debía, debía liderar a posta en marcha deste tipo de infraestruturas, pois ó final, ó final o logramos, logramos ter unha cobertura dun 60, entre un 60 e un 70% da poboación da provincia de Pontevedra, e vamos a ampliala, como digo, nesas zonas, e estamos traballando noutras dúas tamén, a ver como se pode facer para dar unha cobertura dunha unidade de primeira actuación para algunha outra zona, que aínda a día de hoxe pois non ten a cobertura que debería. Polo tanto, estamos traballando, claro, o que pasa que agora nos atopamos nunha situación difícil dende o punto de vista económico, que non vamos a escatimar cando se trate de cuestións de medidas de seguridade pensadas para as persoas, polo tanto, xa digo, está ben o seu matiz pero lle recordo esas cuestións, que non son cuestións menores, porque sei que vostede, evidentemente, ó mellor, descoidaba estes tres aspectos que lle acabo de recordar agora. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Non descoidaba ningún aspecto e non quero entrar en máis detalles. Obviamente, aquí hai unha, un camiño para recorrer complicado, como cando se monta algo deste tipo, pero vostede sabe perfectamente, que aí, polo que fora, pois non se votou man de persoal suficientemente cualificado para ir formando iso e hai problemas, sábeo perfectamente, e non quero ir máis alá, simplemente que haxa esa preocupación, e que intente que isto se reconverta e se profesionalice o suficiente, porque é necesario, porque se é caro, custa, e aínda por riba o único sentido que ten é que cando hai unha actuación, que a pagan ben, porque o resto do ano pois pouca actuación hai, pois que haxa ese nivel de profesionalidade e de formación, e aí vostede sabe perfectamente que hai dúbidas, ¿non?, iso que di vostede é certo sempre, claro, é certo sempre, claro, como é certo, excepto que haxa unha colaboración xa fixada, como hai ás veces, como a policía local e a garda civil ás veces colaboran de marabilla, outras veces son coma o can e o gato, bueno, iso todo o sabemos, pero á falta de, vamos, de, en fin, xa dixen, pois a información que teño por varias fontes, non só dos bombeiros de Pontevedra, senón por outras, digo de persoas que saben do que están falando, bueno, pois hai certas dúbidas de que haxa ás veces un mínimo elemental, de que hai que actuar nun caso, iso non é fácil, aprendelo con calma, ten que haber xente moi cualificada e moi experta facendo esa formación, hai bastantes dúbidas de que se fixera, e ese é un problema que hai aí no Consorcio, que hai que resolver, e non quero pasar de aí, non quero pasar de aí, contar detalles porque os coñezo, e non só desa actuación senón doutras, senón detalles francamente pois, bueno, que non se actuou da maneira máis correcta do que está estipulado que se debe actuar nun caso destes, deixémolo aí, non quero entrar, é dicir, que salga a sensación, non, é que os bombeiros do Consorcio son uns calamidades, non saben nada e son uns afeccionados, non quero dicir iso, non o quero dicir expresamente, ou sexa, cítoo pero non con ese recurso ou parecido, non, hai certos defectos de formación que levan o seu tempo, que igual non houbo persoal e demais e que hai que corrixir, fagamos un esforzo, vostedes que teñen a responsabilidade aí para facelo. O demais, eses matices que me está contando, iso existen, e sabe que hai, pois, ás veces nun concello, non dicir tal, pois igual a policía local se leva de marabilla cos bombeiros, noutras están como o can e o gato no mesmo, no mesmo concello, despois a policía local igual se leva de marabilla coa policía nacional e lévanse como o can e o gato coa garda civil, ou ó revés, iso xa sabemos que pasa en todos os lados, ata nas películas, non hai isto, cando cruzan un estado, as policías estatais en Estados Unidos e cruzan coa federal, entón, nuns casos pasan e son todos amigos, noutros os deteñen, bueno, iso pasa en todos os lados, pero non me estaba referindo a iso, eses problemas resólvense, son case cuestións de quen estea por arriba, se hai a quen lle coordine, que teña man sobre os dous, non a teña, etc., esa xa é outra cuestión, estamos cuestionando a propia formación, a propia formación, que, evidentemente, eles non teñen culpa, pero que ás veces deixa que desexar. Sr. Presidente.- Bueno, pois xa digo, Sr. Mosquera, como digo, agradezo ese tema, vou a defender a profesionalidade, sen dúbida, tanto duns coma doutros corpos, neste caso de bombeiros do Consorcio provincial, precisamente en toda a súa etapa de estadía nos parques, un dos labores que están aumentando día a día é pois unha maior formación se cabe, que creo que é precisamente un dos cometidos importantes, e bueno, eu creo que aí se está dando un moi bo labor de cobertura ós cidadáns, que en definitiva é o importante, e que, en todo caso, pois sempre é susceptible dalgunha mellora, pero creo que o camiño andado é importante. De todas maneiras, este é un debate que debíamos falar ás veces, este en concreto, porque en relación a esta cuestión, concretamente, pois onde están situadas este tipo de industrias, os accesos que teñen, a legalidade das mesmas, tanto neste coma no caso de Caldas, que se acaba de producir hai semanas, e eses son os problemas, eses son os verdadeiros problemas, que aquí, ademais, por desgracia, custaron unha vida. Entón, ese debate si hai que abrilo nalgún momento, porque creo que é un tema suficientemente serio como para que se fale desa cuestión, e a maiores tamén, este Consorcio nace coa vocación de dar, intentar dar esa cobertura, sobre todo no ámbito urbano-rural, que agora mesmo non teñen, me estou centrando como digo aí, e me estou centrando nesas dúas zonas, caso Barro e Caldas, e nas zonas próximas ó entorno de Vigo e nas zonas próximas tamén onde non abarca o Parque Comarcal de Porriño, ¿non?, que por certo estamos aumentando a súa equiparación de medios mecánicos e técnicos, porque bueno, alí hai unha actividade industrial moi potente, e polo tanto, bueno, pois agora se vai adquirir un vehículo para problemas que poidan suceder nalgunhas naves que traballan con produtos químicos, etc., etc., ou sexa, que o traballo non para, e como ben sabe, que vostede tamén pediu que se puxera en marcha ese asunto, de que iniciáramos ese proceso de dar cobertura á provincia de Pontevedra neste ámbito. Pero bueno, hai camiño por percorrer aínda, e bueno, vamos a facelo con, sen présa pero sen pausa, porque é urxente e necesario. Polo tanto, procedemos á votación deste punto, que é a disolución do Consorcio, neste caso, de salvamento do Morrazo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Resultando que o Pleno do Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca do Morrazo, na sesión celebrada o día 27 de febreiro de 2012, acordou disolver o mesmo para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de conformidade co establecido na Disposición Transitoria Primeira do Decreto 36/2011, de 17 de marzo, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, polo que se aproba a constitución do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento. Resultando que este acordo se someteu a información pública polo prazo dun mes e que, finalizado o prazo de exposición pública e emitidos os informes a que se refire o artigo 143 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, o acordo de disolución e integración no Consorcio Provincial debe someterse ós Plenos das administracións consorciadas, un dos cales é o da Deputación, para a súa ratificación, por maioría absoluta. Á vista do que antecede, vistos os informes do Secretario e da Intervención e o ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: 1. Ratificar o acordo adoptado polo Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, na sesión ordinaria de 27 de febreiro de 2012, e polo tanto, disolver o Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento. 2. Aprobar a integración do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo no Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento, que se producirá con efectos dende o 31 de decembro de 2011, subrogándose ó Consorcio Provincial nos dereitos e obrigas do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo e pasando os seus bens a formar parte do patrimonio do Consorcio Provincial. 3. O Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo continuará funcionando transitoriamente ós únicos efectos de rendición das contas xerais pendentes. 8.6194.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE O NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- Punto número 8. Moción da Presidencia sobre o nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados. Sr. Secretario.- Si, hay una Moción de la Presidencia en la que se designan representantes en la Comisión Territorial del Patrimonio Histórico: titular, Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo y suplente Don Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Presidente.- ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. ¡Ah!, perdón, D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, mire, é tan áxil, tan áxil, esta Deputación, e respecta tanto, tanto, os protocolos, como dixo vostede antes, que a compañeira Ana Isabel sen estar nomeada por ninguén o outro día xa foi á Comisión de Patrimonio. Sr. Presidente.- Non, está, non está ben informado vostede. Sr. Mosquera Lorenzo.- Estou equivocado. Sr. Presidente.- Por pouco, se me adianto un pouco xa me, pero non, está … Sr. Mosquera Lorenzo.- Esa é axilidade de verdade. Veña. Sr. Presidente.- Eu sei que andamos, vostede e máis eu andamos aí un atrás do outro, a ver quen chega primeiro, pero aí se pasou un pouco de freada, porque a compañeira Deputada foi a defender unha causa nobre, unha causa nobre, que era, que temos ese edificio, que por certo a ver se nos dan tramitado dunha vez a cesión definitiva, o concello de Pontevedra, foi a defender que ese ladrillo está podrido, está podrido e se está caendo a cachos. E entón, dende a Comisión esta de Patrimonio se nos di que non hai solución, que vaiamos colocar ladrillo a ladrillo, ou non hai outra forma de tal, ata levou, me comentaba que levou un pedacito de ladrillo no bolso, para ensinarllo, para que comprobaran como estaba. Eu inviteinos a que viñeran aquí, viñeron unha vez e tal pero non me fixeron moito caso, e entón, bueno, vostede sabe que estamos facendo unha importante rehabilitación do patrimonio para Pontevedra, para esta casa, en definitiva, e resulta que non damos resolto ese problema, e claro, eles, porque aquí predicar predican moitos, solucións non dan ningunha, entón, ela pois foi alí coa intención, coa sana e boa intención de que se nos dera unha solución, pero non se nos dou ningunha. Polo tanto, como dixo, lle informaron mal, se nota que ten bastantes amigos aí nesa comisión, vostede, será casualidade, non, porque debéronlle informar diso, dícese que hai moita connivencia con planteamentos, os alcaldes ó mellor saben un pouco máis diso, me parece, pero bueno, en todo caso eu o que pretendo é buscar solucións, ¿sabe?. Pero bueno, en todo caso, quedou claro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, xa me constaba a función, a que foi alí, e á parte lamento ese esforzo de levar no bolso, supoño que sería unha bolsa, porque ó desfacerse igual lle deixaba todo, fixo aí un esforzo, unha bolsiña e demais, para levalo e demais, pero vostede, que, a ver, con respecto á Comisión de Patrimonio, que agardo que a faga funcionar mellor a, en fin, pois, non tivo moito éxito o outro día ó parecer, pero é que vostede está cunha trécola un pelín vella, á Comisión de Patrimonio acusábana no 2005-2009 por estar tal, pero é que agora, vaia mirando un por un, e vai ó número, e bueno, arrasan, arrasan os que están nomeados polo, directamente polo Partido Popular ou por institucións que controla o Partido Popular. Sr. Presidente.- Non, non, non me dan a min as contas. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, pásalle unha cousa, pásalle unha cousa. Sr. Presidente.- Non, non me dan as contas. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, home, que a Comisión de Patrimonio, á parte de ser ás veces un pouquiño latosa, que o é, pois resulta que se vostede usa a concepción de que claro, alí hai unhas pedras vellas, vamos meterlle unha máquina, tamén manda narices, pois non, que era un castro, pois non, non se pode abrir un camiño, claro, non se pode chegar a punto de encontro, non se pode chegar a tal. Eu, que quere que lle diga, pois nós na Fonte da Ferrería, por exemplo, pois tivemos que facer un gasto disparatado para corrixir e máis aguantar a pedra que se desfacía, e ten mal a pedra, etc., cando era moito máis barato coller e meter unha peza nova ben feitiña, da Escola de Canteiros, aí coidadiña, bueno, quedaba coma os chorros do ouro, dixéronnos que non, e tivemos que gastar alí un montón, que lle vamos a facer, sonche así eles, e iso foi cando estaba no bipartito, sonche así eles, non hai que facerlle, non vexa pantasmas ó outro lado, e se os ve, mire os pantasmas nos que nomearon vostedes, porque a maioría ... Sr. Presidente.- Non, pois non me dan, esas contas a min non me dan, Sr. Mosquera, e á parte de non me dar o problema é que nós íamos facer un planteamento que defenden os técnicos da casa, e unhas cuestións ademais de ámbito de sentido común, ¿non?, pero non foi posible, non foi posible e entón pois nós seguiremos reivindicando o que entendemos que é de xustiza. Polo tanto, a Moción da Presidencia sobre o nomeamento de representación da Deputación en órganos colexiados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados. Dita Moción é como segue: “O art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Considerando que o art. 3.4,f) do Decreto 39/2007, de 8 de marzo, da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, polo que se regula a composición e funcionamento das Comisións Territoriais do Patrimonio Histórico Galego, establece que unha persoa en representación da Deputación será vogal en cada unha das comisións territoriais do Patrimonio Histórico. Por todo iso, a Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: “Desígnanse representantes da Deputación Provincial de Pontevedra na Comisión que seguidamente se relaciona ós/as seguintes Sres./as Deputados/as: - Comisión Territorial do Patrimonio Histórico: Titular: Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo Suplente: D. Jesús Vázquez Almuíña 9.6195.- MOCIÓN DO PSdeG-PSOE SOBRE A REFORMA LABORAL Sr. Presidente.- O punto número 9. Moción do Partido Socialista sobre a reforma laboral. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Ben, estamos a ver, ademais no día de onte e hoxe está moi de actualidade, como as disposicións contidas no Real Decreto Lei 3/2012 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, que aprobou o goberno de España, están tendo xa consecuencias moi negativas sobre os dereitos dos traballadores. En primeiro lugar, a reforma pretende que o despedimento sexa a opción máis fácil para que unha empresa mellore a súa competitividade. A reforma está traendo xa máis paro, nun momento ademais de recesión coma o que estamos vivindo, unha reforma laboral como esta só serve para facilitar e abaratar o despedimento, para facilitar máis a destrución de postos de traballo, pero non para incentivar a contratación, ademais está pensada por un goberno que carece dunha axenda de reformas para impulsar o crecemento. O goberno do Partido Popular no Estado só ten unha axenda de axuste, de triple axuste, axuste presupostario, axuste das rendas de traballo, coas subidas do IRPF, e axuste nos dereitos dos traballadores. En segundo lugar, esta reforma supón un retroceso dos dereitos dos traballadores e traballadoras. En primeiro lugar, xeraliza o abaratamento do despido a 20 días; tamén abre a porta a unha rebaixa xeral dos salarios sen necesidade de acordo, crea un novo contrato con bonificacións, que permite o despedimento libre e gratuíto; abre o camiño ós despedimentos colectivos no sector público. E, en terceiro lugar, esta reforma anula a capacidade de negociación das organizacións sindicais para defender os dereitos dos traballadores e traballadoras. Miren, unha gran reforma laboral precisa do pacto dos axentes sociais para ter garantía de éxito, a que presentou o Goberno do Partido Popular facilita a inaplicación do pactado nos convenios, establece un procedemento para saltarse o disposto nos convenios colectivos, similar, pero máis fácil que o que se pode usar polo despedimento por causas económicas; suprime a autorización da autoridade laboral dos expedientes de regulación de emprego, estamos a ver como moitos expedientes que non foron aprobados pola autoridade laboral están agora a levarse a cabo en empresas concretas. En definitiva, a reforma laboral non vai resolver a grave crisis que sofre a economía española e non vai rebaixar a alta taxa de paro existente, o que si está a supoñer é unha degradación das condicións de traballo, un empobrecemento da poboación e un ataque á mesma cohesión social. Esta reforma está a derivar nun incremento de despedimentos e rebaixas nos salarios dos traballadores, que está afectando moi negativamente ó consumo das familias, deprime a demanda interna, e, en consecuencia, produce diminucións do produto interior bruto, que á súa vez suporá máis desemprego. É unha reforma ineficaz, dende a perspectiva do emprego, porque favorece o despedimento e con iso o aumento do desemprego. É inxusta, porque os traballadores perden dereitos e porque dá todo o poder ós empresarios sobre os traballadores, creando ademais inseguridade nos traballadores. En definitiva, unha reforma inxusta cos traballadores, ineficaz para a economía e inútil para a creación de emprego. En resumidas contas, unha reforma feita para despedir. O rechazo quedou reflectido nas rúas no pasado domingo 12 de febreiro, 10 de marzo e 11 de marzo, nas masivas mobilizacións convocadas por UXT, por Comisións Obreiras e pola CIGA, tanto a nivel estatal como no ámbito autonómico e nas cidades da nosa provincia, con milleiros de participantes. E que dicir da folga xeral no día de onte, con amplisima repercusión en todo o tecido produtivo da nosa provincia, e en todo, ademais, cunha masiva participación de traballadores e traballadoras, manifestando o seu total rechazo a esta reforma laboral imposta polo goberno do Partido Popular. Polo tanto, vamos a solicitar ó Pleno da Deputación, o Grupo Provincial Socialista, dous puntos, o terceiro, non podemos solicitalo, que é o apoio á folga xeral, porque xa foi onte, como dicía, con importante éxito. Pero si, pero si, estamos a tempo, estamos a tempo, e o propio Presidente da Xunta de Galicia o dicía nunhas declaracións, onde dicía que se esta reforma non funcionaba en curto tempo, había que modificala, e eu creo que xa está vendo o perigo para el, por iso que sería moi, moi de ter en conta, que este Pleno, na súa totalidade, votara estes dous puntos que a continuación me vou a referir. O primeiro, que o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, inste ó Goberno de España a presentar no Congreso dos Deputados un proxecto de lei alternativo e pactado cos axentes sociais e as forzas políticas, que teña como obxectivo a creación de emprego de calidade e a estabilidade no emprego. Segundo, que o Pleno da Deputación Provincial dea traslado da presente Moción ó Presidente do Goberno, á Ministra de Emprego, ó Presidente do Congreso dos Deputados e ós Portavoces dos Grupos Parlamentarios do Congreso, así como ós representantes dos axentes sociais. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Bueno, aí non creo que haxa moita sorpresa, pero bueno, en todo caso ten a palabra, ¿vostede quere dicir algo?, non, dígolle que se quere dicir algo, para aforrar camiño, para non ter que andar de alá para acá, é que como estamos por aí. Sr. Mosquera Lorenzo.- O pobre Chema Figueroa hoxe está con ocupacións do tipo … Sr. Presidente.- ¿Quen?, ¡ah!, o Sr. Figueroa, si, está, é un home pegado a un teléfono. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, é que me gustaría ver antes a súa argumentación, pero bueno, se toca, toca. A ver, isto xa foi debatido neste pleno, efectivamente, isto xa foi debatido cando houbo medidas que adoptaron o anterior goberno do Estado, e que e alguén pensa que as decisións que se tomaron a partir, creo que de maio de 2010, ¿non?, era un rosario que ía a afectar absolutamente a todos, pois, ou moi inocente foi, ou nos quixo enganar a todos, cando se pacta o recorte do déficit, que despois non se puido cumprir e demais pero que era sacrosanto, fundamental, e máis non sei cantas cousas máis. Cando se toman medidas como o recorte do salario dos funcionarios, conxelación das pensións, modificación, a reestruturación bancaria, etc., que en xeral houbo acordo pero que daquela, hai que recordarse que o Partido Popular nos dicía que era o maior ataque ó estado de Benestar que sucedera na democracia, ¿acordádesvos?, evidentemente, porque o facía o PSOE, claramente porque o facía o PSOE. Neste caso, pois fíxose unha reforma laboral que o que no fondo é, é trasladar, se cando, se os funcionarios nestes momentos nos teñen, teñen rebaixado pois ó redor dun 20% do seu poder adquisitivo, obviamente, iso era para exemplificar, e o seguinte paso era metelo no privado, obviamente, que é o que vén agora, cunhas formas máis brutas ou menos brutas, pero é o que vén agora, e o seguinte será, xa é, ¿non?, os conxelan, conxelan ós funcionarios, co cal entre a conxelación, inflación, subida do IRPF, só neste ano, sobre un 6% que van a cascar o poder adquisitivo dos funcionarios, e, obviamente, a privada vai a ir por atrás, vai a ir por atrás, obviamente, obviamente. Claro, entón resulta que isto é o que hai, nós temos unha postura clariña dende o principio, ou sexa, nin unha nin outra, ou sexa, estivemos e presentamos aquí mocións, esa liña de traballo nos parece un disparate, xa se ve, e resulta que, a gran argumentación que se daba era que había que calmar, hai que facer reformas para calmar o mercado, os mercados, ¿verdade?, xa se dera as de tal e volveuse a repetir, bueno, tanto se calmou que dende que se aprobou o decreto a bolsa está medio en catacrack e a prima de risco está subindo, ou sexa esa é a razón fundamental que xa se veu que se cumpriu, esta é unha espiral delirante, delirante, e nos deleitan o PP e o PSOE con estes xogos que cando os adopta o PSOE pois o PP sae, “o maior recorte da historia da democracia, non sei que, non sei canto”, e cando os adopta o PP, pois, o PSOE sae dicindo, “¡Ja!, topa, purrun, parrapatun, parratatatatatapun …”, e no fondo os dous están na mesma liña, o demostraron con feitos, na mesma liña de o que manden de Europa, o que mande Merkel ou Sarkozy ou o quen sexa, que eu creo que están agardando para os orzamentos da Deputación a ver que lle mandan de alá, e despois pois con estes xogos florais. Obviamente, nós imos a votar a favor da moción, como no seu momento estivemos en contra e presentamos unha moción das medidas que adoptou o PSOE, parécenos unha barbaridade e non vale facer as comparacións de que se en Alemania ou o que sexa, aquí todos sabemos como é o mercado laboral, como son as relacións laborais, e sen un mínimo de estruturación e de capacidade de negociar, e de manter unhas normas mínimas, sabemos perfectamente que a regulación vai levar o que vai levar, sabémolo perfectamente cando a día de hoxe, di, “non, é que resulta que en Estados Unidos…”, bueno teñen outra tradición, é outro lado, “… hai estas normas”, si, bueno, pero é que en Estados Unidos meten á xente na cárcel por ter unha traballadora da seguridade social sen seguridade social, que cando aquí empresas ata da construción, pois teñen traballadores sen asegurar, ou sexa, que vamos, hai unhas tradicións e un tal que non se pode comparar. Entón, metamos todas as normas e apliquémolas de verdade, claro, non se pode comparar, ou sexa, iso é absolutamente incomparable. Entón, o que si está claro é que unha medida ou outra e demais o que buscan claramente, o que buscan claramente, é que nos temos que empobrecer, temos que empobrecernos colectivamente, quitando o gran capital e demais, ou sexa, pequenos empresarios, pensionistas, funcionarios, traballadores, etc., nos queren empobrecer, a cifra xa veremos cal resulta, un 30 %, un 40 %, con respecto ás condicións previas que podían existir hai dous, tres anos, e iso resulta absolutamente traumático, está levando ó destrozo do tecido social, antes había que meter máis cartos, ou sexa, en pleno século XXI é unha prioridade absoluta meter cartos ós comedores sociais, en pleno século XXI, ou sexa, estamos retrocedendo anos, anos e anos na dinámica social, na igualdade social e demais. Entón, como nós estamos radicalmente en contra da dinámica na que se meteu este estado e se meteu a Unión Europea, e que estaba aplicando antes o PSOE e agora aplica o PP, obviamente imos a votar a favor da moción. Se a algún lle entra algunha luceciña á parte do sentido do voto, pois, igual poderíamos avanzar algo, porque por esta vía imos mal, mal, mal, pero mal de verdade, o tempo o dirá, imos a ver que pasa este ano, o que pasa o seguinte, e que pasa o seguinte, pero os pronósticos que nos están dando por aí, é que, probablemente isto vai a durar dez anos, e que non, ou sexa, a sociedade que vaia a resultar diso non a vai a coñecer ninguén, ou sexa, vai a ser algo de retroceder ata, vamos, alá no tempo, ata saber cando, ata saber cando. Obviamente, se cadra en certos aspectos a nivel de vida non, pero o que é na dinámica social, nas posibilidades e demais, o asunto está absolutamente negro e estas medidas non o van a resolver, ¡eh!, estas medidas son única e exclusivamente para desregular o mercado de traballo e empobrecer ós traballadores, é única e exclusivamente para iso, non hai outra, vamos, non hai outra lectura que esa, como antes se fixo cos funcionarios e se volverá a facer e volverá, eu creo que vai de péndulos, o primeiro foi, “paf”, sopapo dun lado, e agora, “paf”, para o outro, e despois virá outro, “paf”, para o outro lado, e despois para o outro lado, senón ó tempo, xa pegou varios bandazos e raquetazo para un lado, raquetazo para o outro e aquí non se salva ninguén, non se salva ninguén deste deseño de empobrecemento colectivo e deterioro social, que nos están impoñendo estes talibáns da ortodoxia neoliberal, ou sexa, os talibáns do gran capital, vai, os que mandan no gran capital, nos están impoñendo cunha resistencia mínima, e cos gobernos sucesivos de Madrid ou doutros estados, danlle ás orellas, dá igual o color, que sexa tecnócrata, que sexa de suposta esquerda, suposta dereita, todos baixando a orella e, “raca”, aplicando o “jarrote”, segundo toque. Entón, esta é a situación, e obviamente, imos a votar a favor da moción, como no seu momento estivemos en contra das medidas que se adoptaron contra as pensións e os funcionarios e demais. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera, pensei que ía a dicir que imos a aprobar ou a votar a favor da reforma pero dixo ben, dixo ben, pero dixo que imos mal, pero viñemos mal, ¡eh!, non sei se recorda que viñemos mal de atrás, di vamos mal, polo menos algo había que facer, imos a ver se dá os seus resultados a medio ou longo prazo. Ten a palabra Alberto Pazos, Don Alberto Pazos ten a palabra. Sr. Pazos Couñago.- Gracias Presidente, a verdade é que a presentación desta moción xa é indicativa de que, efectivamente, neste país que todos habitamos temos algúns problemas e algúns problemas significativos. Dicía nunha intervención anterior, o Sr. Santos Héctor, que se sabía perfectamente de onde viña el, a ver se temos sorte e ó final deste debate sabemos exactamente tamén hacia onde quere ir el e o seu grupo, porque a día de hoxe costa entendelo. Mire, se un visitante estranxeiro, que non fora asiduo ó noso entorno máis cercano, se achegara hoxe a este Pleno, por non poñer nacionalidade, un marciano achégase hoxe aquí e séntase entre o público, e oíra a lectura que fixo vostede desta moción, pois, seguro que o señor marciano, amigablemente, departiría con algún dos seus compañeiros de cadeira, e faría algunhas preguntas para enterarse, e seguro que preguntaría, “bonita exposición, que preocupación polo tema do paro, supoño que é un novo grupo político que está intentando cambiar as cousas en España”, e algún amable veciño de Pontevedra lle contestaría que non, que é un grupo xa centenario, ¿non?, claro, o marciano sorprendido, probablemente, lle diría, que ese grupo probablemente nunca gobernou en España, e claro, habería que dicirlle que si que gobernou en España, e que de feito das últimas tres décadas, pois, gobernou aproximadamente vinte e dous anos en España. Tamén podería preguntar se despois deses anos de goberno, pois demostrou, evidentemente, unha certa capacidade para combater os problemas, e por iso hoxe trae aquí tantas opcións como nos informa, entón, habería que informarlle dalgunha outra cousa ¿non?, por exemplo, que ese grupo político chegou ó poder no ano 1982, no que existía en España un 16,6 % de paro, e foise catorce anos despois cun 21,6 % de paro. Despois diso prodúxose unha renovación na que gobernou o partido á que ese grupo agora critica, que reduxo o paro ó 10,5 %, o mellor resultado do paro que tivo este país en toda a súa historia. E, volveron despois, e volveron despois, e despois, anunciando aquilo de que íamos a estar na champións league das economías europeas, e de que íamos a alcanzar o pleno emprego, ¿acórdase de aqueles carteis do pleno emprego e demais?. Pois, deixounos nunha situación en que quedaron un 22% de paro e máis de 5 millóns de parados en España, e con eses antecedentes, hoxe, veñen aquí e presentan as súas solucións para acabar co paro, supoño que baseados na experiencia empírica que foron adquirindo durante todos estes anos, e que deu como resultado, pois, estas marabillosas cifras de paro que nos deixaron e que agora a outros nos toca solventar. Claro, unha vez que lle explicaran isto a este visitante lonxano, pois, daba media volta, collía o platillo e marchaba de aquí, escapando a lume de carazo ó grito de, ¡están tolos estes humanos!, porque non se entende moi ben que hoxe o Partido Socialista sexa quen de vir aquí, presentar esta moción e facelo sen o máis mínimo rubor. O BNG, pola súa parte, xa nos ten acostumados ó seu discurso e sabemos cal é, aquilo da granja de Orwell, ¿non?, todos somos iguais, uns máis que outros porque ó final sempre acaban pactando cun deses dous grupos que din que apoian ó capital, con quen realmente acaban pactando sempre, con ese que di que non apoia ó capital, pero despois acaba indultando banqueiros, nos últimos, pola porta de atrás, nos últimos Consellos de Ministros e estas cousas, ¿non?, aínda que despois di que hai que acabar con eses mesmos banqueiros e co seu poder, e agora ultimamente nos din tamén que temos que recortar o gasto armamentístico, despois de deixar a España cun burato de 30.000 millóns de euros nese departamento, por unha señora que creo que é do seu grupo que estivo a punto de ser a Secretaria Xeral do seu partido a nivel nacional. Todo isto resulta moi interesante, resulta moi interesante, nos gustaría saber con todas estas propostas ¿a onde pretenden chegar?, porque por onde ían iamos a chegar xusto ó contrario do que prometían, íamos a chegar ó pleno paro, non lles faltou moito, afortunadamente, como a confianza neste país se renova cada catro anos, non lles deu tempo, espero que non volten moi pronto porque son capaces de intentar outra vez alcanzar o obxectivo. A min o que me gustaría é que vostede hoxe concretara aquí, que concretara, que nos dixera algunhas cousas concretas, porque di vostede que non comparte a reforma que puxo o Partido Popular sobre o tapete, ¿vostede está a favor ou en contra dos incentivos e das bonificacións na Seguridade Social, para a contratación de xóvenes de menos de 30 anos, de mulleres e de desempregados de longa duración?, ¿está a favor ou está en contra?. Porque vai na reforma, e nos gustaría saber se esa parte a apoia ou non, ou nos gustaría saber se está de acordo con que os traballadores neste país teñan dereito a unha formación continuada por parte das empresas, nos gustaría saber se está a favor ou está en contra diso, do despido de vinte días supoño que estará a favor, porque o instituíron vostedes na anterior reforma laboral, en fin, lle gustará máis ou menos o clarexamento que se fai nesta última reforma da aplicación dese despido, pero é que o decidiron vostedes. Entón, supoño que non estarán en contra diso, ademais de que, bueno, son medidas defendidas amplamente por algún ideólogo importante, en termos económicos, da esquerda española, eu supoño que lle darán respaldo ós seus ideólogos, ¿non?. E nos gustaría tamén que se lle explicase ós pequenos empresarios, pequenos e medianos empresarios, ós autónomos, se está de acordo con que exista unha flexibilización das condicións do traballo, e se está de acordo ou non con que, pois, eses pequenos empresarios poidan modificar cousas como a xornada de traballo, a distribución do tempo de traballo, o réxime de traballo a turnos, o sistema de remuneración, o sistema de traballo, o rendemento ou as funcións dos traballadores, gustaríanos saber se están de acordo ou non. Porque eses señores son os que forman o 95% do tecido empresarial deste país, e convén saber se o PSOE, que é un partido que ten aspiracións de goberno, vai a facer algo por apoialos, vai a facer algo por mellorar a súa situación e vai a facer algo por permitir que estas xentes creen traballo. Porque isto é o que non entende o Partido Socialista, que os gobernos non crean traballo, o traballo o crea, non, non, Dona Isaura, non é, non é, desgraciadamente non, xa o intentaron vostedes, se gastaron de feito 13.000 millóns de euros en dous Plans E daqueles, para crear traballo. Por certo, o outro día xa se había publicado que de todos os traballos que se crearon non se mantén nin un, nin un só, e se gastaron 13.000 millóns de euros, todas estas cuestións fanlle a un reflexionar, ¿non?, e entón, claro, como recordamos xa frases parecidas que dixeron non fai demasiado tempo, ¿acórdase naquel 96?, íamos a acabar co tecido produtivo de España, íamos a sumir a España nunha depresión da que xamais nos recuperaríamos, e oito anos despois deixábamos a vostedes a mellor cifra de paro da historia de España. O que fixeron vostedes con ela xa o sabemos todos, eu pediríalle que fixese un pouco menos esforzo no traballo de futuroloxía, que xa o pasado nos di que non se lles dá demasiado ben, e que fixera un esforzo por clarexar estas dúbidas que a min me asaltan e que ó mellor, pois, ese señor que vén dun universo paralelo, pois poida tamén sabelo, porque entre outras cousas estou seguro que os cinco millóns e pico de parados que deixaron, e o máis dun millón e medio de familias que deixaron vostedes sen ningún ingreso, tamén lles gustaría saber qué é o que propón en definitiva o Partido Socialista, máis alá do, “vamos a intentar acabar co Partido Popular”, que vende moito, pero xa pasaron as eleccións, pero agora conviría que fixeran algo ó respecto, foron vostedes, a verdade, un goberno bastante malo, bastante mediocre, imos a ver se son capaces de ser unha mellor oposición, anímolle a que me conteste. Sr. Presidente.- Moitas gracias por recordarnos, Sr. Pazos, recordarnos a historia recente e viva, porque convén refrescala de vez en cando, creo que é importante, e bueno, creo que foi, ademais segundo di, bastante xeneroso, non cualificativo do anterior goberno, ¿non?, dixo mediocre, bueno xa é unha nota alta esa. Pero, D. Santos Héctor, creo que nos vai a disertar con algunha desas preguntas, que creo que neste caso o portavoz do Partido Popular lle expuxo, polo tanto ten vostede a palabra D. Santos. Sr. Rodríguez Díaz.- Moitas gracias Presidente. Eu vou a empezar polo engano do Partido Popular, polo engano do Partido Popular, do Sr. Rajoy, que en campaña dicía que ía a chegar a Europa e se ía a impoñer ós mercados e á Sra. Merkel. Xa estamos a ver, en 100 días, quen se impón, dicía que coa confianza que ía a xerar ese goberno non íamos a ter problemas nin económicos nin de desemprego, e resulta que estamos en recesión co Partido Popular, co goberno do Partido Popular, coa prima de risco máis alta que nunca e cunha reforma laboral onde lle din ós 5.300.000 desempregados, que fan unha reforma laboral para que eles atopen emprego, pero a continuación lle din vostedes, os señores do Partido Popular que vai a haber 630.000 parados máis neste ano, así é como crean vostedes emprego, así é como vostedes crean emprego, dicindo que unha reforma laboral lle vai resolver o problema 5.300.000 desempregados, e ó mesmo tempo anuncian que neste ano 2012 vai a haber 650.000 desempregados e desempregadas máis. Pois, ¿sabe que están pensando eses 5.3000.000?, din, “se xa o tiñamos difícil nós sendo 5.300.000, cando sexamos 630.000 máis, máis crudo o imos a ter, iso é o que fan vostedes e as súas políticas, as políticas da dereita, as políticas neoliberales, e mire, llo recordaron o domingo pasado en Asturias e Andalucía, o de Andalucía xa sei que aínda estamos en estado de shock, aínda non o cren, pois o Presidente da Xunta xa empeza a atisbar algo, ¿eh?, xa algo parece que xa lle empeza a atisbar, e llo recordaron onte milleiros de homes e mulleres, de traballadores e traballadoras, nas rúas de toda España, nesta cidade, en Vigo, en Vilagarcía, en todas, ó mellor vostedes non se enteraron, pero claro que si, que estaban aí, dicíndolle que por aí non, dicíndolle que xa saben que lles menten, dicíndolle que xa teñen os impostos incrementados co IRPF, cando dixeron que non os ían a incrementar, xa saben os pensionistas, xa saben os pensionistas que se gastaron máis nas dúas cartas que lle enviaron, unha para dicirlle que lle ían a subir o 1% a pensión e outra, un mes despois, para dicirlle que era un erro, que non o ían a subir que co IRPF lla baixaban, gastáronse máis do que supón o incremento de todas esas pensións, 7 millóns de euros en correspondencia, esa é a política de emprego do Partido Popular, e fronte a iso unhas organizacións sindicais responsables, responsables, que antes de onte, onte, e mesmamente hoxe, din que queren negociar esta reforma laboral que deixa ós traballadores e traballadoras ós pes dos cabalos, que queren negociar para saír todos xuntos da crisis, non para que paguen a crisis, Sr. Pazos, os que non teñen culpa da crisis, que son os traballadores e traballadoras, os traballadores e traballadoras non teñen culpa da crisis, e vostedes os do Partido Popular, entre eles vostede, Sr. Pazos, están defendendo ós que nos meteron nesta crisis. Mire, ó mellor llo pode contar ós traballadores e traballadoras de Frigalsa, de que isto lles mellorou a súa situación, cando lle están cambiando os turnos, a xornada, lle están facendo de todo unilateralmente, ó mellor llo pode contar ós traballadores de Audasa, eses que pasamos todos por autopista, cando ós que traballan aquí lle din que se van a ir a Ferrol, o lo tomas o lo dejas. Pero, ó mellor tamén lle pode contar o do marciano, que por certo, bastante pouco orixinal, hai que ser algo máis orixinal, lle pode con esa cadencia paternalista, llo pode contar ós traballadores e traballadoras de Eroski, que por estar de baixa nove días xa os acaban de despedir, vaia e cóntello Sr. Pazos, ou pode ir a dicirllo ós traballadores e traballadoras, os corenta traballadores e traballadoras de produtos Koala, que lle dixeron para Teruel, o lo tomas o lo dejas, vaia vostede e explícalle as bondades da reforma laboral do Partido Popular, vostedes son colaboracionistas cos que nos meteron nesta crisis, e ademais se pregan, se pregan totalmente, o Sr. Rajoy agachando a orella ante a Sra. Merkel, o Sr. Rajoy agachando a orella ante os mercados, e aquí en España a peor, porque vostedes o que acaban de facer con esta reforma, o que acaban de facer con esta reforma, o que acaban de facer con esta reforma, é que calquera empresario, calquera empresario, lle vai a poder rebaixar o salario ós traballadores que ten na súa empresa, llo pode rebaixar todo o que queira e máis, todo o que queira e máis lle vai a poder rebaixar o seu salario, unilateralmente, lle vai a poder modificar a súa xornada. E, eses empresarios, que tanto defenden o privado, vostede me vén a contar aquí os beneficios das axudas públicas, do dereito de todos para eses empresarios. Mire, lle vou a dicir unha cousa, vostedes na Xunta de Galicia teñen unha convocatoria para apoio a autónomos e para pequenos e medianos empresarios. No 2010 como non lle chegaba a contía que tiñan presupostada tiraron do que ía a ir en 2011, pero, ¿que pasou en 2011?, que a cantidade que se meteu nos presupostos foi menor que a que ía en 2010, claramente insuficiente Sr. Pazos, xa se sabía que era insuficiente, aínda encima houbo que retraer o diñeiro que se gastou en 2010. Pois ben, moitos empresarios que constituíron a súa empresa, que renunciaron a acudir a outras subvencións porque contaba con esas subvencións, agora lle van a dicir, lle van a comunicar que non poden por falta de fondos, eses son vostedes os que apoian ós emprendedores, mentira, mentira, o apoio se ve con presupostos e vostedes menos presupostos, menos cartos e os van a deixar tirados, xente que agora non pode acudir a outras convocatorias como axuda á contratación que podían haber acudido. Pois miren, poderán dicir o que queiran, poderán falar ata a época de Felipe II, do que queiran os que están gobernando son vostedes, vostedes lle dixeron ós cidadáns que os ían a sacar da crisis, que ían a darlle emprego, que non lle ían a subir os impostos, pois miren, 100 días despois, estamos peor que cando vostedes non gobernaban, bastante peor, e llo están dicindo os cidadáns, e vostede poderá escudarse no que queira, falar dos marcianos, falar do que lle de a gana, pero é unha reforma laboral inxusta, porque castiga ós que non son culpables da crisis e ampara ós que meteron nesta crisis. E agora cóntenos o que lle de a gana, falen de Felipe González, do que queiran, pero as familias que teñen todos os seus membros no desemprego están esperando unha resposta do Partido Popular, do goberno do Partido Popular, para poder traballar, e non a teñen. Teñen unha proposta, que lle subiron os impostos, que teñen, os que traballan teñen cada día máis inseguro o posto de traballo, saben que lle poden despedir moito máis fácil, saben que lle poden rebaixar o salario, ¿como van a consumir estas persoas?, con esa inseguridade. Pero ademais, din vostedes que vai a haber 630.000 desempregados máis neste ano, entón, ¿onde están os beneficios da reforma laboral?. E agora fáleme dos marcianos ou de Marte, pero vostedes menten e ademais son uns nulos xestores, todo foi para poder chegar ó goberno e agora, pois, é botar culpas atrás. Pero mire, Sr. Pazos, señores e señoras do Partido Popular, xa non está Zapatero, teñen que gobernar, teñen que gobernar, e llo digo ó seu Presidente de aquí, xa algo de medo xa veu, xa debeu empezar a ver as barbas dos demais chamuscadas, xa empeza a tratar de poñer as del a remollar. Voten a favor desta moción, porque a maioría dos cidadáns desta provincia, dos homes e mulleres desta provincia, son traballadores e traballadoras, e eles se senten ultraxados con esta reforma que vostedes lle fixeron, e senón, pois, sigan desculpándose co que vostedes queiran, moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias D. Santos Héctor. A verdade é que se algo dixo, é evidente que os traballadores non son os culpables, pero é que o culpable dicía vostede ben, xa non está, Zapatero está de compras en París con Sonsoles, marchou, non, pero é que é así, non, pero hai que tomalo así porque si, claro, vostede, pero é que vostede con esa demagoxia, demagoxia, que son os verdadeiros responsables desta situación, di, non, o culpable xa non está, claro que non está, está de compras en París, entón, por iso lle digo. Sr. Pazos, ten vostede a palabra. Sr. Pazos Couñago.- Gracias Sr. Presidente. Non lle gustou o do marciano, non lle gustou o do marciano, eu sigo sostendo que o marciano poderá, eu creo que mudou de cadeira, eu creo que estamos ante un claro caso de abdución, porque de verdade, de verdade, dicir, que neste país vai a haber agora 630.000 parados por culpa dun goberno que non leva 100 días no goberno, é alucinante, claro que o dixemos nós, permítame Sr. Santos, dixémosllo nós, porque entre os moitos compromisos que tiña o novo Presidente do goberno, era que ós españois lle ía a dicir a verdade, e esas mesmas cifras xa o dicían os expertos económicos neste país, antes de que houbera eleccións, antes de que houbera eleccións, co seu goberno, ¿acórdase?, si, o do Sr. Zapatero, e que íamos a chegar neste ano ó borde dos 6 millóns de parados, pero bueno, non, a culpa será do cha, cha, chá. Mire, falar dos culpables da crisis, efectivamente llo acaban de dicir, ¿os traballadores culpables da crisis?, faltaría máis, por suposto que non, por suposto que non, a crisis ten responsables políticos, con nomes e apelidos, xa llo dixen antes, era aquel que saía nuns carteis moi grandes, moi grandes que poñían debaixo, “por el pleno empleo”, “por el pleno empleo”, e ¿vostede fala de fraude?, ¿vostede fala de enganos?. Pero mire, faláballe antes de especialistas económicos que defendían certas cuestións, teño aquí un, mire, ano 1995, La Vanguardia, entrevista en profundidade, “…debe aplicarse la indemnización por despido de 20 días por año para crear empleo estable”, non se ve moi ben a cara, se quere lla ensino era un tal D. Pedro Solbes, non sei se recorda, creo que algo, coas políticas de emprego económicas do Partido Socialista, algo tiña que ver, no ano 95 xa dicía isto, di vostede, di vostede que non está de acordo cos temas estes da flexibilización das xornadas e demais, e saíu aquí en defensa dos traballadores de determinadas empresas das nosas cercanías. Pero, ensínelle o decreto onde se tomaron esas decisións, ensínello, porque mire, despois pásolle copia se quere, é o Real Decreto 10/2010, de 16 xuño, ¿coñéceo?, ¿sabe quen gobernaba España nese momento? Se quere lle leo o artigo, “La dirección de la empresa, cuando existan probadas razones económicas, técnicas, organizativas o de producción, podrá acordar modificaciones sustanciales de las condiciones de trabajo, jornada de trabajo, horario, distribución del tiempo de trabajo, régimen de trabajo a turnos, sistema de remuneración, sistema de trabajo y rendimiento y funciones”. Aprobouno o Partido Socialista Obrero Español, e eu pregúntome, ¿se vostede está en contra disto que fai vostede nesa cadeira?, lévame a preguntar iso, ¿que fai vostede nesa cadeira?, porque non se poder defender unha cousa e máis a contraria e ademais pretende razoar as dúas veces, é un tanto complicado. Teño que dicir que foi vostede bastante máis prudente que outro compañeiro, que cando lle leron este artigo, dixo que isto era o que antes se defendía como mobbing laboral, claro, el pensou que lle estaban lendo a da Reforma do Partido Popular, cando lle dixeron que era do PSOE quedou branco. Entón, home, eu creo que se quere que vaiamos nós a explicar, a explicar as nosas políticas a esas fábricas, convén que veña vostede tamén e vaia explicando o que fixeron antes, que non lle vai a resultar fácil de explicar, ¡eh!, non lle vai a resultar nada fácil de explicar. Pero volvo a repetir, ó final, como lle dicía eu, chegamos a esa conclusión de que este país ten un problema, cando os campións do paro veñen a dar leccións de emprego, pois un non pode deixar de sorprenderse, eu non sei, como agora xa se vai achegando o bo tempo e demais, pois, xa podemos ir pensando neses cursos de verán, para a universidade de verán, pois nada, leccións de emprego polo Sr. Solbes, por exemplo, pódenlle dar, eu doulle algún máis, solucións á crisis enerxética, como entrar na gasolineira, repostar e saír con máis cartos, seguro que se lle ocorre algún poñente, algún poñente, si, pero é que eu non estou hoxe moi lúcido, e cousa da gripe Dona Isaura, ou tamén, mire, … Sr. Presidente.- Dona Isaura, relájese, relájese. Siga. Sr. Pazos Couñago.- Doulle un máis cercano, se quere, as boas relacións institucionais como ferramenta do desenvolvemento local, pode dalo o Alcalde de Vigo, que é un especialista tamén, e así poden seguir dando leccións, poden seguir dando leccións, cando están na oposición, iso si, de todo o que fan, xusto o contrario cando están no goberno, poden seguir facendo, é un tema apasionante, interesantísimo. Entón, eu creo que xa vai convindo que collamos un pouco de sentido todos, e algúns tamén un pouco de tranquilidade, Dona Isaura, non hai que perder a calma, estamos debatendo, simplemente debatendo, como ben dicía o seu compañeiro, que diga eu o que queira, pois niso estamos, en manifestarnos libremente, ¿non?, o que non pretenderá, o que non pretenderá, que aceptemos porque si, porque si, e que soporte vostede ou pretenda vostede que este goberno, que non leva 100 días, que ata en Marte ós gobernos lle dan 100 días para instaurar as súas políticas, que antes de 100 días lle convocaron unha folga xeral. Di vostede, unhas organizacións sindicais responsables, permitiranme que cando menos poidamos discrepar do cualificativo, vamos a ser prudentes, simplemente discrepar do cualificativo, sexa o que teña que levar sobre os seus ombros a carga de case seis, camiño de case seis millóns de parados, esa Sr. Santos lle corresponde en exclusiva a vostede e ó seu partido, aquí cada un que peche o seu. E, dentro de catro anos, vamos a ver ese indicador de paro e onde o deixou o Partido Popular, e entón, igual vostedes teñen que buscar un traballo novo, tal vez algún consultorio destes de futuroloxía, así, pois xa saben, destes que saen ás altas horas da madrugada. E continúen vostedes, están facendo un traballo magnífico, cun pouco de sorte acabarán facendo desaparecer do mapa un partido centenario. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Pazos. D. Santos, última intervención. Sr. Rodríguez Díaz.- Todavía non explicou as mentiras do goberno do Partido Popular e do Sr. Rajoy, non explicou porque soben os impostos cando vostedes prometeron que non ían a subir os impostos, e aínda non sabemos o que van a estar a facer agora, hoxe xa o fixeron, que falcatruadas fixeron agora no Consello de Ministros, para o próximo Pleno falamos diso, para o próximo Pleno falamos diso. E todavía non explicou como unha reforma laboral, para crear emprego, resulta que ataca ós que non tiveron culpa da crise, e vai e por anuncio dos seus propios gobernantes, do Partido Popular, anuncian 630.000 desempregados máis, iso si, iso si, eu lle vou a facer unha pequena lista de empregados, Iván De la Rosa, letrado del Área Jurídica de Telefónica, marido de Soraya Saénz de Santamaría; María Zaplana Barceló, hija del exministro Eduardo Zaplana, todos estes encontraron cholliño estes días, bon cholliño, ¡eh!, non te vaias a pensar que é o de 6 meses de 25 horas de aquí da Deputación, para limpar valados, non, non. Mire, Alvaro Ramírez de Aro y Aguirre, hijo de Esperanza Aguirre, Asesor del Secretario de Estado de Comercio; Miguel Cardenal Carro, hijo de Jesús Cardenal, Fiscal General del Estado con José Mª Aznar; Marcelino Oreja Arburua, hijo de Marcelino Oreja Aguirre, exdeputado, todos o coñecemos. Mire, Sonia Ramos, Directora General de Apoyo a Víctimas del Terrorismo, casada con José Canal Polo; José Canal Muñoz, casado con Sonia Ramos; Rafael Catalá Polo, hermano de Raquel Catalá Polo; María Teresa Lizaranzu, casada con Alvaro Nadal Belda. Sigo, uno más, Ignacio López de Ado, marido de María Dolores Cospedal, que se propone como Consejero de la Red Eléctrica y por la que se montó dentro de su partido, pues, pobriño, tivo que dicir que non, bueno, tamén era un cholliño ben pagado. Pero, sen embargo, Ricardo Cospedal García, también está propuesto como próximo director de la Fundación Carolina, renuncia por el revuelo, vaya por Dios, también hermano de Cospedal, esta le tocó más de este viaje, esta le tocó la cosa. Pero mire, José Ramón Bujanda Saez, cuñado de Miguel Arias Cañete, Ministro de Agricultura; Elisa Robles Fraga, Directora General del Centro para el Desarrollo Técnológico Industrial, sobrina de Manuel Fraga Iribarne. Estos son los que encontraron empleo, bien pagado, estes si que encontraron emprego ben pagado. En definitiva, non teñen argumentos, non teñen argumentos para defender esta reforma laboral, non teñen ningún argumento, entón, pois se dedican a falar de calquera cousa, de falar de atrás, do que fixeron uns, outros, pero realmente vostedes nisto cos traballadores e traballadoras non están, e iso que dixeron en campaña que eran o partido dos traballadores, fíxense que incongruencia, e despois lle fan unha reforma laboral para botalos á rúa de forma barata e ademais que lle poidan revalorizar o seu salario en calquera empresa, Sr. Pazos, en calquera empresa, e incluídos empregados públicos laborais, que os poden tamén despedir, fíxese vostede o avance que fixeron, co país en recesión, o meteron vostedes en recesión, coa prima de risco máis alta, coa prima de risco máis alta que nunca houbo, coa prima de risco máis alta que nunca houbo, e ademais sen confianza nos mercados e sen impoñernos a Europa, iso é o que levan feito vostedes. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. A verdade é que argumentar argumenta ben pouco, se ten que acudir a eses nomes, “madre mía, madre mía, madre mía”, eu, os Ministros que andiveron a intentar colocar por aí nas embaixadas, antes de que entrara o novo goberno, máis todos eses que querían enchufar de maneira directa en Andalucía, podemos sacar unha lista, pero hai que ter un pouco de, polo menos estes son cargos que dalgunha maneira están dentro dun catálogo de postos de traballo, que son postos de confianza e son entendibles, pero vostedes o que levan feito, que teñan a cara dura de dicir iso, dende logo é incrible, vamos, pero haberá tempo para iso, vostede tranquilo que haberá moito tempo para iso. D. Alberto Pazos. Sr. Pazos Couñago.- Si, é que, home, recoñecerá ó menos unha diferenza entre o seu partido e o noso, os nosos, evidentemente, como dicía o Presidente, teñen disposición para eses cargos de libre designación e designan persoas da nosa confianza, noutros son mellores, os xubilan directamente sen haber cotizado un só día, que iso supoño que utilizando aquela ferramenta dos ERES, tan de moda nalgunha comunidade gobernada polo seu partido, pois supoño que é o que vostedes entenden como respecto ós traballadores. O do partido dos traballadores o inventaron vostedes, o que pasa é que no último mandato case perderon cinco millóns de afiliados, e claro, eses cinco millóns de afiliados o que demandan é menos bla, bla, bla, e un pouco de pan, e como xa veu que quen lles daba pan non podía dar, pois cambiaron de panadeiro, vamos a ver se temos mellor fortuna que o anterior e podemos mellorar así as súas situacións. Pero mire, como en prosa non entende, se quere llo digo en verso, e podo copiar a aquel poeta tan coñecido que dicía, “y tu me preguntas que es paro, clavando en mi mirada tu mirada azul, y tu me preguntas que es paro, paro eres tu”, dedicámosllo ó Presidente cos ollos máis claros que xamais tivo a democracia española. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Creo que xa non dá moito máis de si isto, cerrará vostede e despois cerro eu e entón estamos sempre na mesma. Sr. Rodríguez Díaz.- É que, o que propoño a Moción son eu, me imaxino que terei o último turno, se son o que propoño a Moción, cando a propoñan vostedes eu non vou utilizar o último turno, Sr. Presidente. De todas maneiras Sr. Pazos hai moitas máis diferenzas entre un partido e outro, moitísimas máis, nós levamos as siglas máis de cen anos, as mesmas siglas, vostedes levan nestes cen anos cambiando de siglas, nin se sabe cantas veces, para disimular todas as falcatruadas que fan, fíxese se hai diferenzas, cantidade de veces que cambiaron as siglas. Mire, pero non nos vamos a desviar, non nos vamos a desviar, vostedes, vostedes fixeron unha reforma laboral que abarata o despido, que se pode despedir sen causa xustificada e é o traballador o que ten que demostrar que é inxustificada, invístese a carga da proba, fíxese se cambian as cousas coa súa reforma laboral, pero ademais lle permite ó empresario, insisto, baixar o salario ós traballadores e traballadoras, de forma unilateral, coas súas reformas, coa reforma do Partido Popular e do Sr. Rajoy, e do Partido que goberna hoxe, agora mesmo, pero ademais unha reforma imposta, e a experiencia, señores do Partido Popular, señoras do Partido Popular, todas as reformas que foron impostas, todas fracasaron, todas fracasaron, igual que vai a fracasar esta, e ademais é ineficaz, porque se creara emprego, Sr. Pazos, señores do Partido Popular, se creara emprego, pois todos contentos, pero vostedes mesmos, e son vostedes os que o dixeron, que ía a crear 630.000 desempregados máis, vostedes en declaracións do propio goberno do Estado. Polo tanto, o que, non nos desvíe do tema, vostedes atacan ós que non teñen a culpa da crise, lle suben o IRPF ós que traballan, pero non tocan ós que foron culpables da crise, eses non os tocan, a eses non lle soben vostedes os impostos. Polo tanto, eu lle insisto, no seu bo raciocinio, o Partido Popular hoxe debería votar a favor desta moción e facer todo o posible para que se cambiara, se negociara, e se puidera cambiar no Parlamento. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, só unha pregunta, ¿hai algunha previsión de que adianten as xerais?. Porque este tipo de debates intercambiables, porque o que tivemos aquí hai un ano, con respecto ó do 2010, ano e medio, era, cambiamos os argumentos e era exactamente o mesmo, isto é eterno, iso normalmente dáse nesta casa cando hai un adianto electoral, cando vai haber unhas eleccións, por iso me quedo preocupado a ver se Mariano aproba os orzamentos e di que adianta as eleccións, digo, por, é que é cravado, cravado, este tipo de discusións, ¿non?, que se pode cambiar perfectamente os argumentos para un lado e para outro, ¡o que hai que escoitar!, non, en fin, non poño exemplos para non alargar, pois, sempre se dan así, e á parte, eternizados, repetidos e tal, sempre se dan cando vai haber unhas eleccións pronto, aquí nesta casa, marcho preocupado, vou preguntar a ver se vai haber unhas xerais anticipadas. Sr. Presidente.- Moitas gracias polo bo humor, Sr. Mosquera, que fai falta en casos coma este, pero iso había que preguntarllo ó, bueno, xa lle preguntaron a Zapatero, el dixo que ía a cumprir o mandato, o que pasa que non chegou a cumprilo porque a presión foi tal que non dou aguantado, polo tanto, do seu partido, membros que hai aquí, se pode esperar calquera cousa. Pero, dicía D. Santos Héctor, pero, ¿como se vai a crear emprego despois da desfeita que acaban de deixar?, crear emprego, ¿cando?, cando se xere confianza neste país, pero a desfeita foi de tal calibre que agora mesmo será, a prazo inmediato, case, case, imposible. Polo tanto, vamos a proceder á votación da Moción do Partido Socialista sobre a reforma laboral, que era o tema que nos ocupa. ¿Votos en contra?. Partido Popular. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Por maioría de votos do PP en contra da Moción e cos votos a favor da mesma do PSdeG-PSOE e do BNG, acórdase rexeitar a Moción do grupo provincial do PSdeG-PSOE sobre a Reforma Laboral. 10.6196.- MOCIÓN DO PSdeG-PSOE SOBRE LIBERACIÓN E DESBLOQUEO DOS PRODUTOS FINANCEIROS DE NOVAGALICIABANCO Sr. Presidente.- Punto número 10. Moción do Partido Socialista sobre liberación e desbloqueo dos produtos financeiros de NovaGaliciaBanco, non será NovaCaixaBanco, bueno, ata certo punto é razoable, porque como están cambiando de nome constantemente, pois, púxoo mal o Partido Socialista. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Non, digo, que nós temos unha moción respecto a este tema, por urxencia, pediríamos se se pode tratar conxuntamente as dúas e intentar buscar un acordo, hai acordo en varios sitios. Sr. Presidente.- Hai que darlle unha copia para que …, este é un tema que seguramente estamos totalmente de acordo porque é un tema que … Sr. Rodríguez Díaz.- Dúas cuestións: a primeira, que eu agradecería que cando vostedes traten de presentar unha moción de urxencia ou non urxencia que nola entregaran ó chegar. Eu lles fixen chegar ós portavoces do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Popular, unha resolución que foi acordada noutro lugar, por se valía, porque foi a que se acordou noutros concellos, exactamente a que se acordou noutros concellos. Pero son dúas cousas, a primeira, que eu, de verdade, que agradecería, non sei se custa moito, cando se presenta unha moción pola vía de urxencia, xa levamos aquí toda a mañá, habérnola feito chegar. Sr. Presidente.- Pois nunha próxima ocasión se fará. Sr. Rodríguez Díaz.- Pois é a segunda vez que pasa, Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Vale, vale. Sr. Rodríguez Díaz.- E a próxima que pase a verdade que nós nos vamos negar, salvo que sexa de ultimísima hora, nos vamos a negar a tratala. Sr. Presidente.- Me parece lóxico. Pois agora lle damos unha copia. Bueno, en todo caso podemos seguir falando desta. Sr. Rodríguez Díaz.- Eu creo que aquí hai un acordo maioritario, porque sabemos, como hai moitos veciños e veciñas nosas que foron enganados, literalmente, nas súas entidades financeiras, e moitos deles con depósitos. Eu coñezo unha compañeira miña que ten un depósito ata o ano 9999, entón cando lle preguntou a quen llo estaba facendo, de Caixanova, concretamente, pois lle dixo, non, home, non, isto é un erro do ordenador, é dicir, é que foron literalmente enganados. Moitos comerciais, moitos comerciais ou directores ou directoras destas entidades financeiras de tanto Caixagalicia, como Caixanova, como doutras entidades, ou non sabían que produto vendían ou o vendían por cobrar a comisión, e agora temos estafadas entre 80 e 100 mil persoas, que se di moi pronto, que meteron aí todos os seus aforros pensando que os ían a poder rescatar cando quixeran. E ademais, son persoas maiores, é certo que hai distintos produtos, dentro das preferentes hainos de máis longo, de menos, pero o certo é que moitas destas persoas son persoas maiores, persoas maiores, e que creo que dentro da nosa responsabilidade debemos, como Deputación, instar, instar a que se poida, primeiro, o apoio á xusta reclamación destes afectados polas participacións preferentes; e instar tamén á Xunta de Galicia, que a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, se exerzan todas as accións en defensa dos afectados, que foron enganados, na subscrición das devanditas participacións; e podemos tamén dende aquí ofertar, como oficina do consumidor, a información toda para eles, pois eu creo que avanzaríamos moito, e dende logo, é o que, o mínimo que esperan de nós, ¿non?. E bueno, eu creo que niso que podemos estar de acordo, nós tiñamos aí un último punto na nosa moción, que parece que na Comisión Informativa non era do agrado, e fixemos os deberes, aproveitamos a moción doutro lugar, e, se vale así. Pero en todo caso que dende o Grupo Provincial Socialista o que temos moi claro e o que queremos é que estas persoas, claramente afectadas por uns produtos financeiros, que na maioría dos casos, por non dicir na totalidade, descoñecían onde se metían, onde metían os seus cartos, que reciban todo o apoio desta institución. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Nada, moitas gracias. Dicir que esta mesma mañá incluso, porque tiven información deste tema, unha comisión de afectados se reuniu na oficina de comercio da Deputación, que está conveniada coa Xunta de Galicia, para darlle explicacións do que está neste momento facendo xa a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, ¿non?. Porque entendemos que isto é unha estafa, que hai que defender como sexa a esas 80, 100 mil persoas, que isto é unha vergonza, que non exista neste país unha regulamentación clara sobre este tema, e que, non sei, eu creo que ademais é para sentirse dobremente indignado; por un lado, que os aforros de moita xente, que leva traballando toda a vida, se lle queden desta maneira con eles, e á inversa, que directores das entidades financeiras se leven millóns de euros. Entón, eu creo que algún, a verdade é que a nosa xente é bastante pacífica, porque isto é dobremente indignante, por iso que estamos totalmente de acordo con iso e poremos todos os medios ó alcance, dos que nós poidamos, de asesoramento de todo tipo, para axudar a estas familias que, como digo, que cos seus aforros, ó final unha serie de entidades financeiras se lle quedaron con diñeiro particular, o cal é unha vergonza. Eu non sei se, ¿entregastes esa copia?, ¿cal é a diferenza que hai na moción?. Sr. Figueroa Vila.- Con ampliar non só a NovaCaixaGaliciaBanco senón ás demais entidades. Sr. Presidente.- Porque eu creo que hai máis entidades tamén por aí. Sr. Figueroa Vila.- Pero que se inclúa aí na moción, e tamén, como dixo o Presidente, o Instituto Galego de Consumo está facendo xa algunhas xestións, “apoiar e informar ós posibles afectados pola comercialización das participacións preferentes, sobre as vías de reclamación das que se dispoña, a través das oficinas do Instituto Galego de Consumo. Eu creo que como iso é un problema de redacción nos vale, é dicir, o espírito, si, bueno, iso xa está, o punto d), da Comisión Nacional do Mercado de Valores, xa está metido tamén. Sr. Presidente.- … no texto, e que se faga, e que se faga o labor. Sr. Figueroa Vila.- Con esas tres matizacións a nós nos vale, e que as recolla o Secretario, e se hai algún problema, nos valdría. Sr. Secretario.- Me decís exactamente lo que … Sr. Presidente.- Cos engadidos de alí, despois que tome nota o Secretario que nese sentido non vai haber diferenzas. Sr. Figueroa Vila.- A de consumo e máis … refundir as dúas. Sr. Presidente.- Despois que tome nota o Secretario, nese sentido non vai haber diferenzas. ¿Estamos de acordo Sr. Mosquera?. Polo tanto, todos estamos a favor disto, de maneira inmediata, que se poña, como digo, xa está traballando a oficina de consumo, que depende da Deputación e da Dirección Xeral de Comercio, e a ver que podemos facer entre todos neste ámbito. Polo tanto, votos a favor de todos os grupos e de maneira inmediata “manos a la obra”. Por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade aprobar texto refundido de Mocións do PSdeG-PSOE e do PP en relación coa liberación e desbloqueo dos produtos financeiros de NovaGaliciaBanco. Dito texto refundido é o seguinte: “Dado que na provincia de Pontevedra hai un número importante de afectados e ante a gravidade desta situación adóptanse os seguintes acordos: 1.- O apoio do Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra ós/ás afectados/as polas participacións preferentes na súa xusta reclamación de que lles devolvan os cartos na súa totalidade. 2.- Instar á Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Comercio, e ó Goberno do Estado a que adopten medidas efectivas de protección dos clientes de entidades financeiras que investiron os seus aforros en instrumentos financeiros opacos, sen que por parte das entidades fosen informados debidamente dos riscos do produto e sen que se cumprisen as demais obrigas establecidas na normativa, co fin de que poidan recuperar os seus aforros no prazo de tempo máis breve posible. 3.- Instar ó Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores ó obxecto de que promova unha solución para a recuperación do investimento realizado polos subscritores de participacións preferentes en Galicia. 4.- Instar á entidade financeira NovaGaliciaBanco a promover unha solución ós subscritores de participacións preferentes que desexen recuperar os cartos investidos neste produto permitindo ós afectados a recuperación íntegra do investimento realizado. 5.- Esixir a depuración de responsabilidades ós executivos e directivos das entidades financeiras, que impulsaron e cometeron o fraude masivo ós pequenos aforradores. 6.- Demandar das autoridades competentes o cumprimento escrito da normativa MIFID (Directiva sobre mercados de Instrumentos financeiros) na comercialización no tramo minorista de produtos financeiros.” 11.6197.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- Asuntos fóra da orde do día. Era isto, bueno, como iso é a incorporación dese texto. Non houbo. b) Parte de información e control: 12.6198.- INFORME SOBRE A AVALIACIÓN DO CUMPRIMENTO DO OBXECTIVO DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA DA UNIDADE INSTITUCIONAL “DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA” Sr. Presidente.- Informe sobre a ampliación do crumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria. ¿Teñen copia os Portavoces?. Polo tanto, é dar conta. O Servizo de Intervención, con data 14 de marzo de 2012, elaborou un informe sobre a avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria da Unidade Institucional “Deputación Provincial de Pontevedra”, no que como conclusión figura que nesta “Unidade Institucional” da que forman parte a propia Deputación e os seus organismos autónomos, excluído o IPESPO, na liquidación do orzamento consolidado do exercicio de 2011, non alcanza o obxectivo de estabilidade orzamentaria nos termos de contabilidade nacional coa metodoloxía SEC-95, obténdose un déficit orzamentario non financeiro de 29.086.451,36 euros. Este informe emítese en aplicación do establecido no artigo 16.2 do Real Decreto 1463/2007, de 2 de novembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 18/2001, de 12 de decembro, de Estabilidade Orzamentaria, na súa aplicación ás entidades locais. O Pleno queda enterado do contido do informe sobre a avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria da Unidade Institucional “Deputación Provincial de Pontevedra” na liquidación do orzamento consolidado do exercicio de 2011. 13.6199.- INFORME SOBRE CUMPRIMENTO DE PRAZOS EN RELACIÓN Ó DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sr. Presidente.- Informe sobre o cumprimento dos prazos en relación ó disposto na Lei 3/2004 de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O Xefe do Servizo de Contabilidade elaborou, con data 21 de marzo de 2012, unha serie de informes, conformados polo Sr. Interventor e polo Sr. Tesoureiro, en relación co cumprimento por parte da Deputación de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, durante o cuarto trimestre do ano 2011, dos prazos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Os detalles máis relevantes dos informes en canto ó cumprimento dos prazos de pago previstos son os seguintes: 1. Con referencia á data de rexistro da factura: Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio (días) Período Medio pago excedido(días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Imp. total Nº Pagos Imp. Total Deputación 22 58 4.689 9.052.198,44€ 61 185.896,43€ Museo Pontevedra 17 55 362 481.397,01€ 9 16.364,62€ Turismo “Rías Baixas” 34 31 180 480.256,05€ 39 59.159,80€ Escola de Canteiros 20 115 64 59.672,51€ 1 1.136,12€ IPESPO 33 16 42 48.873,83€ 13 7.312,50€ ORAL 237,41 855,54 363 944.653,24€ 2 292.675,30€ Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio (días) Período Medio excedido (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operac. Imp. total Nº opera. Imp. Total Deputación 42 234 1.548 4.190.989,49€ 16 244.975,24€ Museo Pontevedra 29 0 65 154.441,53€ 0 0 Turismo “Rías Baixas” 28 97 61 115.867,15€ 1 49,24€ Escola de Canteiros 8 0 3 5.653,71€ 0 0€ IPESPO 0 0 0 0€ 0 0€ ORAL 15,03 0 80 504.569,56€ 0 0€ 2. Con referencia á data da factura: Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio (días) Período Medio pago excedido(días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Imp. total Nº Pagos Imp. Total Deputación 65 76 2.700 5.888.636,24€ 2.050 3.349.458,63€ Museo Pontevedra 39 38 283 398.339,89€ 88 99.421,74€ Turismo “Rías Baixas” 62 43 96 239.570,06€ 123 227.845,79€ Escola de Canteiros 30 39 56 51.912,35€ 9 8.896,28€ IPESPO 46 33 27 40.441,75€ 28 15.744,58€ Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio (días) Período Medio excedido (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operac. Imp. total Nº opera. Imp. Total Deputación 66 151 1.173 3.498.431,92€ 391 937.532,81€ Museo Pontevedra 38 89 63 152.265,61€ 2 2.175,92€ Turismo “Rías Baixas” 56 168 54 103.039,44€ 8 12.876,95€ Escola de Canteiros 12 0 17 20.217,47€ 0 0€ IPESPO 0 0 0 0€ 0 0€ Nos informes citados figura que durante o cuarto trimestre de 2011 non se pagou ningunha cantidade en concepto de intereses de demora nin na Deputación de Pontevedra nin en ningún dos seus organismos autónomos dependentes. O Pleno queda enterado do contido dos informes sobre cumprimento de prazos pola Deputación Provincial de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, durante o cuarto trimestre de 2011, en relación ó disposto na Lei 15/2010, de modificación da Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais. 14.6200.- INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE RELACIÓN CERTIFICADA DE OBRIGACIÓNS PENDENTES DE PAGO RELATIVAS Ó REAL DECRETO-LEI 4/2012 DE 24 DE FEBREIRO Sr. Presidente.- Informe de Intervención sobre relación certificada de obrigacións pendentes de pago relativas ó Real Decreto-Lei 4/2012 de 24 de febreiro. O Servizo de Intervención, con data 19 de marzo de 2012, elaborou un informe sobre a relación certificada de todas as obrigas pendentes de pago da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus Organismos Autónomos dependentes que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2 do Real Decreto-Lei, 4/2012, de 24 de febreiro. A relación certificada destas obrigas pendentes de pago que cumpren cos requisitos previstos no Real Decreto-Lei, de 24 de febreiro, polo que se determinan obrigacións de información e procedementos necesarios para establecer un mecanismo de financiamento para o pago ós provedores das entidades locais, ascende á cantidade global de 87.325,86 euros, e corresponden a súa totalidade á Deputación de Pontevedra. O detalle das facturas incluídas na relación certificada é o seguinte: DENOMINACIÓN SOCIAL CIF Nº FACTURA IMPORTE PRINCIPAL IVA IMPORTE TOTAL CONSTRUCCIONES MORAIS, S.L. B-36173557 018/010 45.379,72€ 7.260,76€ 52.640,48€ GALAICONTROL, S.L. B-36651487 00037127 2.160,00€ 388,80€ 2.548,80€ GALAICONTROL, S.L. B-36651487 00037233 600,00€ 108,00€ 708,00€ GALAICONTROL, S.L. B-36651487 000337800 225,00€ 40,50€ 265,50€ GALAICONTROL, S.L. B-36651487 000337946 461,00€ 82,98€ 543,98€ INGALIA PROYECTOS, S.L. B-36995462 00000180 24.000,00€ 3.840,00€ 27.840,00€ SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. A-36319622 1109003 2.155,17€ 387,93€ 2.543,10€ FEDERACIÓN COLOMBOFILA GALEGA G-36645067 04/10 200,00€ 36,00€ 236,00€ 75.180,89€ 12.144,97€ 87.325,86€ A Deputación de Pontevedra para facer fronte ó pago destas obrigas non precisa aprobar ningún plan de axuste xa que a Deputación de Pontevedra conta con recursos suficientes para o seu cumprimento. O Pleno queda enterado do contido do informe de Intervención sobre a relación certificada de obrigacións pendentes de pago relativas ó Real Decreto Lei 4/2012, de 24 de febreiro, por un importe global de 87.325,86 euros. 15.6201.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- E o número 15. Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Dar cuenta de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 21 de febrero y el 26 de marzo; y asimismo otra Resolución por la que se delegan las atribuciones de la Presidencia, durante la ausencia del Presidente, durante los días 12 á 15 de marzo en el Vicepresidente Sr. Figueroa Vila. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 21 de febreiro e 26 de marzo do ano 2012 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 12 de marzo de 2012, delegando as atribucións da Presidencia durante os días 12 ó 15 de marzo, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. 16.6202.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto 16. Rogos e preguntas. Pois, non habendo, levántase a sesión. Moitas gracias e boas tardes. Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)