ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.768
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2012/01/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/1.2012-01-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/01/27_Ordinaria

  • Data(s) 2012-01-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 42 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 27 de xaneiro de 2012 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e sete de xaneiro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP). Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días, comezamos entón. a) Parte resolutiva: 1.6165.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE POIO DAS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS ALTAS NO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, ASÍ COMO A XESTIÓN E INSPECCIÓN DE DITO IMPOSTO Sr. Presidente.- Primeiro punto. Delegación do concello de Poio das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, así como a xestión e inspección de dito imposto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Poio na sesión ordinaria celebrada o día 25 de outubro de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, así como a xestión e inspección de dito imposto. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de xaneiro de 2012 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Poio para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, así como a xestión e inspección de dito imposto. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Poio, por acordo do Pleno de data 25 de outubro de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, así como a xestión e inspección de dito imposto. 2.- Esta delegación do concello de Poio, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Poio así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Poio, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, así como a xestión e inspección de dito imposto, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 2.6166.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DA ESTRADA DAS FACULTADES DE COLABORACIÓN MATERIAL NA XESTIÓN DE EXPEDIENTES SANCIONADORES EN MATERIA DE TRÁFICO ASÍ COMO AS FACULTADES DE RECADACIÓN VOLUNTARIA E EXECUTIVA DAS MULTAS DE TRÁFICO Sr. Presidente.- Punto número 2. Delegación do concello da Estrada das facultades de colaboración material na xestión de expedientes sancionadores en materia de tráfico así como as facultades de recadación voluntaria e executiva das multas de tráfico. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O concello da Estrada na sesión celebrada polo Pleno o día 1 de decembro de 2011, con posterior modificación na sesión do día 12 de xaneiro de 2012, acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico, así como as facultades de recadación en período voluntario e executivo das multas de tráfico. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de xaneiro de 2012 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello da Estrada para exercer as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico, así como as facultades de recadación en período voluntario e executivo das multas de tráfico. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello da Estrada, por acordo do Pleno de data 1 de decembro de 2011, e posterior modificación de data 12 de xaneiro de 2012, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico, así como as facultades de recadación en período voluntario e executivo das multas de tráfico. 2.- Esta delegación do concello da Estrada, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello da Estrada así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello da Estrada, para exercer as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico, así como as facultades de recadación en período voluntario e executivo das multas de tráfico, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.6167.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE VALGA DAS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS ALTAS NO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA Sr. Presidente.- Punto número 3. Tamén é delegación do concello de Valga das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Valga na sesión ordinaria celebrada o día 7 de setembro de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de xaneiro de 2012 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Valga para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Valga, por acordo do Pleno de data 7 de setembro de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. 2.- Esta delegación do concello de Valga, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Valga así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Valga, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6168.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE MEIS DAS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS ALTAS NO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA E DO IMPOSTO SOBRE INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA Sr. Presidente.- Punto número 4. Delegación do concello de Meis das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica e do Imposto sobre Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Meis na sesión ordinaria celebrada o día 29 de novembro de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica e do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 23 de xaneiro de 2012 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Meis para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica e do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Meis, por acordo do Pleno de data 29 de novembro de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, e do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. 2.- Esta delegación do concello de Meis, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Meis así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Meis, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, e do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.6169.- RECTIFICACIÓN DO INVENTARIO XERAL DE BENS E DEREITOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON EFECTOS DO 31 DE DECEMBRO DE 2011 Sr. Presidente.- Punto número 5. Rectificación do Inventario Xeral de Bens e dereitos da Deputación Provincial de Pontevedra con efectos do 31 de decembro de 2011. Bueno, aquí hai que dicir que hai un incremento patrimonial considerable nos últimos anos debido a que, non só se fixo inversión nos concellos, como un gasto, pero que en definitiva é unha inversión para os concellos, senón tamén que a Deputación se foi facendo con patrimonio, posible gracias á posta en marcha de proxectos novos ou de acordos de compras de terreos, de acordos co Arzobispado de Santiago de Compostela, e con acordos co Obispado de Tui-Vigo, tamén, que nos permitiron a recuperación, bueno, a recuperación non, a adquisición de patrimonio, que pasa, como digo, á Deputación de Pontevedra. Somos unha institución cun valor patrimonial moi importante, e tamén, como digo agora, pois incorporamos novos bens que son xa de titularidade pública, en definitiva, de todos os pontevedreses, o cal non é unha mala nova, ¿non?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de xaneiro de 2011 acordou aprobar a rectificación do Inventario xeral de bens e dereitos da Deputación de Pontevedra con efectos 31 de decembro de 2010 por un importe global de 60.733.826,91 euros. O Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais establece no seu artigo 33 que a rectificación do Inventario de bens das entidades locais debe verificarse anualmente e nel reflectiranse as vicisitudes de toda índole sufridas polo conxunto de bens e dereitos. Co fin de dar cumprimento ó disposto no citado Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, elaborouse a preceptiva relación de variacións producidas no Inventario durante o ano 2011, cuxo detalle é o seguinte: EPÍGRAFE BENS VALOR ALTAS VALOR BAIXAS 1 Inmobles 1.385.537,21 € 132.943,84 € 3 Mobles de carácter histórico, artístico ou de considerable valor económico 10.160,00 € 0,00 € 4 Valores mobiliarios, créditos e dereitos de carácter persoal da Corporación 0,00 € 0,00 € 5 Vehículos 95.724,00 € 14.300,00 € 6 Semovientes 179.800,00 € 0,00 € 7 Mobles non comprendidos nos anteriores enunciados 211.697,36 € 6.347,60 € TOTAL………………………………… 1.882.918,57 € 153.591,44 € O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: • Aprobar o expediente de rectificación do Inventario xeral de bens da Deputación Provincial de Pontevedra durante o período comprendido entre o día 1 de xaneiro de 2011 ata o 31 de decembro de 2011, cunha variación de altas producidas en dito período valorada en 1.882.918,57 euros, unhas baixas cifradas en 153.591,44 euros, e cun valor do Inventario a data 31 de decembro de 2011, por un importe global de 62.463.154,05 euros, de acordo co seguinte detalle: 6.6170.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) EN RELACIÓN CO DESDOBRAMENTO DO CORREDOR DO MORRAZO Sr. Presidente.- Punto número 6. É unha moción do Grupo Provincial Socialista en relación co desdobramento do corredor do Morrazo. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Bos días. Gracias Presidente. Quizá houbera sido máis oportuno, esta moción, habela tratado no Pleno anterior, de decembro, pero a realidade é que o problema segue aí. Polo tanto, o Grupo Provincial Socialista presentamos esta moción porque a Consellería de Medio Ambiente, Territorio, e Infraestruturas, anunciou fai días a paralización da construción do desdobramento do corredor do Morrazo. Esta infraestrutura que conta con seis anos de posta en servizo, foi concibida, no seu día polo goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia, como unha das chamadas vías rápidas, cun carril só en cada sentido e nalgúns tramos un carril lento. Dado o volume de tráfico que soporta a Comarca do Morrazo, non só no verán por a afluencia do turismo, tamén ó longo de todo o ano, polos continuos fluxos de cidadáns que manteñen o seu traballo, a súa residencia ou segunda residencia, o seu, tamén ser o seu lugar habitual de compras, servizos, asistencia sanitaria, e tamén, e tamén polos centros industriais que hai entre eses concellos. Polo tanto, se vía que o deseño deste corredor era claramente insuficiente, de feito o PSdeG sempre mantivo e manifestou publicamente, que este corredor tiña que nacer como unha autovía con dous carrís para cada sentido, que debía ser unha infraestrutura para vertebrar o conxunto da comarca e conectala directamente coa AP-9 e tamén con Marín. Por isto, cando chegamos ó goberno da Xunta de Galicia, despois de poñer en servizo este corredor do Morrazo, e dentro da planificación da Consellería de Política Territorial, seguindo o mesmo modelo aplicado no desdobramento dos corredores do Salnés e o Barbanza, se licitou a asistencia técnica para a redacción do proxecto do trazado e impacto ambiental, cun orzamento base de 289.787,37€, cuxa publicación está no Diario Oficial de Galicia de 26 de febreiro de 2008 e cun prazo de execución de 20 meses. Tamén se licitou a asistencia técnica para a redacción do proxecto e impacto ambiental das variantes de Cangas e Moaña, que se publicou tamén á súa vez no Diario Oficial de Galicia de 28 de febreiro de 2008, cun orzamento base de 266.279,16€ e cun prazo de execución de 22 meses, ámbalas dúas obras foron adxudicadas en xullo de 2008 e publicada a súa adxudicación no Diario Oficial de Galicia de 2 de setembro de 2008. Despois disto, unha vez que chega o novo goberno de Galicia, un goberno do Partido Popular, co Sr. Núñez Feijoo de Presidente, acontece o que xa todos coñecemos hoxe, unha serie de decisións atrasadas, incumprindo os propios prazos que a Xunta de Galicia se outorga a si mesma, a través do Diario Oficial de Galicia. En abril de 2010, o Conselleiro Hernández, cun atraso de máis de seis meses, anuncia o trámite de información pública deste proxecto, no que se van a investir 68,8 millóns de euros nunha infraestrutura que pretende estar operativa a finais de 2013, comparando este anuncio coas previsións contidas no Plan MOVE, xa nada coincide, hai un desfase temporal de 15 millóns de euros, pois non, Plan MOVE, se contemplaba o 2015 como data de remate e un investimento de 53.893.000€. Tamén anuncia que xa non fai falla os estudos de impacto ambiental, posto que o corredor orixinal xa tivo informes de impacto, como se dende aquela a lexislación en materia de protección do medio ambiente non houbese mudado para facerse máis restritiva, e ó mesmo tempo, paraliza a construción das variantes de Cangas e Moaña. O goberno de Feijóo esquece que a execución do actual corredor supuxo, no seu día, para os veciños da comarca graves molestias, que hai que evitar agora no seu desdobramento, planificando axeitadamente o seu deseño e as medidas correctoras e mitigadoras do impacto. En agosto de 2010, o goberno aproba definitivamente, tamén con atraso sobre o previsto, o expediente de información pública e proxecto de trazado; en outubro de 2010, o goberno aproba o anteproxecto de concesión da obra pública; e en marzo de 2011, publícase a licitación do procedemento para a adxudicación do contrato e remata o prazo para a presentación de ofertas en xullo de 2011; e finalmente en decembro de 2011 declárase deserta a licitación de concesión de obra pública para a construción e explotación da autovía do Morrazo, baseado en criterios técnicos e deslizando problemas económicos da única empresa que se presentou a esta licitación. Pois ben, o goberno de Núñez Feijóo sabe dende hai tempo destes problemas, pero deixou transcorrer os prazos sen amosar a máis mínima preocupación, a pesar de que con este sistema de adxudicación extraorzamentaria se pon en risco as condicións de concurso. Ante esta situación, o Grupo Provincial Socialista do PSdeG-PSOE na Deputación de Pontevedra, presenta a seguinte moción para este debate e co seguinte acordo: solicitar que a Deputación de Pontevedra inste á Xunta de Galicia a revisar as condicións do concurso de licitación da concesión de obra pública para a construción da autovía do Morrazo, de xeito que se garanta o seguinte, que a licitación de obra se realice nos vindeiros tres meses, que no prazo máximo de tres meses, a partires da licitación, adxudique a obra, e que en xullo do ano 2014 a obra se poida poñer en servizo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra Dona Begoña Estévez. Sra. Estévez Bernárdez.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, quisiera agradecer, en primer lugar, a D. Santos Héctor, que nos lera integramente o texto da moción, que xa temos dende fai un mes, como comprenderá tanto o grupo do BNG como o PP lémola xa con antelación, creo que é unha perda de tempo innecesaria. O Grupo Popular na Deputación de Pontevedra imos a votar en contra desta moción porque, da lectura exhaustiva da mesma, consideramos que se parte de premisas equivocadas e ademais fan alarde de cousas que fixeron, pero olvídanse claramente de cousas que non fixeron durante o seu goberno, na época do bipartito. O punto de partida da moción que presenta o PSOE é erróneo de base, porque a Xunta de Galicia non anunciou a paralización da construción do desdobramento do corredor do Morrazo, tal e como se afirma ó inicio do texto. O que fixo a Xunta foi dar conta do acordo da Mesa de contratación, que, como saben, é o órgano contratante do concurso, ante a imposibilidade de adxudicar a obra ó único licitador que se presentou. ¿Cales foron os motivos da non adxudicación?. O obxecto de declarar deserto o concurso obedeceu, como xa se fixo público, ó incumprimento do prego de cláusulas administrativas particulares por parte do licitador. Como sabe, tamén, o prego é a lei que rexe o concurso neste caso, e en todos, que propoñía unha substancial variación no 28% do trazado respecto ás condicións fixadas, ó que se engadía afección a un ben patrimonial. Nestas condicións, non era posible proceder á adxudicación ó menos que se saltase por riba o acordo da Mesa de contratación, abrindo a posibilidade a máis que probable, procedementos de impugnacións e recursos por parte doutras empresas interesadas na obra, que puideran desistir da súa participación polas condicións establecidas no prego de contratación que rexe o concurso, evidentemente, suporía unha indefensión para todas esas empresas que non participaron, e de feito, se o prego fose distinto, poderían participar na licitación. Polo tanto, a motivación da decisión adoptada está plenamente xustificada, e ten a súa orixe no acordo de base legal e técnica, vinculada ó órgano competente, para analizar e valorar as propostas presentadas. Con todo, esta circunstancia, sen dúbida, tan inesperada como non desexable, non pode poñer en cuestión a vontade política, constatable coa decisión adoptada no seu día de continuar, por parte do actual goberno galego, coa mellora das comunicacións viarias na comarca do Morrazo. E se quere, facemos agora un repaso de cales foron as melloras viarias que fixo o PP nas distintas épocas do goberno, non se pode esquecer que a vontade de resolver as carencias de comunicación da península do Morrazo entre Marín e Vilaboa, é unha vontade constante, na acción dos distintos gobernos do Partido Popular, unha vontade que vén de lonxe, como o demostra a execución, hai máis dunha década, da nova estrada entre Bueu e Cangas, polo interior; coas melloras da antiga estrada alternativa pola costa, executando as obras do corredor do Morrazo, que o goberno anterior pouco máis fixo que o acto de inauguración, cortar a cinta; coa variante de Marín, que se iniciou tamén hai case unha década, concretamente no ano 2002, un goberno apoiado polo PP, e que está previsto rematala no vindeiro ano, ó longo deste ano. Polo tanto, consideramos que non se pode poñer en cuestión o interese do goberno galego actual, e da forza política que os sustenta, na mellora na resolución dos problemas de comunicación que ten o Morrazo. Como continuación a ese labor de mellora das infraestruturas desta zona, no mes de outubro do ano 2010, a Xunta de Galicia acordou a iniciación do expediente de contratación, de concesión de obra pública, para a construción e explotación da autovía do Morrazo, e a conservación e mantemento da rede autonómica de estradas da península que leva o seu nome. O corredor foi iniciado e rematado polo Partido Popular, é preciso sinalar que o corredor foi unha actuación iniciada polo goberno popular, no que ocupaba o cargo de Conselleiro de Obras públicas o actual Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, aínda que foran outros os que a inauguraron e se quixesen atribuír esa obra; unha obra que custou un total de 96 millóns de euros e que comezou a construírse no ano 1993, baixo a presidencia de Manuel Fraga. O goberno bipartito unicamente participou, como dicía antes, na corta da cinta, cando só levaban catro meses de goberno, pero o total de investimento foi programado e comprometido por gobernos apoiados polo PP, dende o ano 1993. Tamén cómpre poñer de manifesto, que nin cando se inaugurou a obra nin nos anos inmediatos constou crítica ningunha ó seu trazo por parte do goberno bipartito. Iso si, na anterior lexislatura elaborouse, nos últimos tempos, en concreto no verán de 2008, un documento, Plan Director de Estradas de Galicia, no que se incluía a previsión de desdobrar o corredor, pero sen concretar a súa data de execución, fixando a súa construción ó horizonte xeral daquel Plan, que era o ano 2020, é setembro do ano 2007, xunto coa ampliación da ponte de Rande, competía e segue a ser competencia do Estado, a Conselleira entón, María Xosé Caride, anunciara que se ía a redactar o proxecto de desdobramento, pero rematou o mandato socialista e non se fixo realidade nin unha cousa nin a outra, porque ademais da vontade, que non se tivo, tampouco se adoptaron as medidas precisas para iso. Co goberno actual, o Partido Popular, volveu a retomar a construción das grandes infraestruturas do Morrazo, comprometendo e programando a construción desta vía de alta capacidade, que máis axiña que tarde, será unha realidade, como o foi no seu día o corredor. No texto da moción, critícase tamén a decisión da Xunta de Galicia de non realizar novos estudos de avaliación de impacto ambiental para o desdobramento, pois ben, eu creo que se se tomasen a molestia de documentarse sobre este proxecto, poderían comprobar que o 12 de xullo de 2001 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, formulou a declaración de impacto ambiental o día, relativa ó estudo informativo da vía de alta capacidade do Morrazo, Rande-Cangas, e no seu apartado 10.5, establecía que calquera cambio no proxecto, obxecto desta declaración, deberá estar comunicado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que o avaliará e informará, se procede ou non, a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental. O 12 de marzo de 2009, cando aínda gobernaba en funcións o goberno bipartito, estaba dirixida por unha Conselleira socialista, a Dirección Xeral de Obras Públicas solicitoulle á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a realización de consultas ambientais previas, en relación con este proxecto. Na documentación remitida para as citadas consultas xa se pon de manifesto que se adoptarán as medidas preventivas no seu día, sinaladas na declaración de impacto ambiental do corredor do Morrazo, destas consultas ambientais previas deduciuse que xa o corredor do Morrazo se planificou coa previsión do seu futuro desdobramento, a declaración de impacto ambiental no seu día formulada será a mesma, se ben coa necesaria actualización dos datos das posibles afeccións, esta decisión, derivada da análise da memoria ambiental do proxecto de desdobramento, das consultas previas ambientais realizadas polo órgano ambiental competente, polo tanto, a Dirección Xeral de Infraestruturas realizou todos os trámites necesarios para dar continuidade á tramitación xa iniciada pola anterior Dirección Xeral de Obras Públicas, iniciou aqueles outros non principiados, e que deberían realizarse obrigatoriamente de acordo coa legalidade vixente, para poñer en marcha o antes posible esta infraestrutura de gran importancia, debido á actividade e intensidade do tráfico, así tamén, pola súa accidentalidade, preocupante. Tampouco, imos a entrar na argumentación de supostos atrasos á hora de tramitar o expediente, cando outros, en catro anos, unicamente chegaron a encargar a redacción do proxecto, nin na crítica ó incumprimento do Plan MOVE, mesmo cando se procure adiantar a súa execución, respecto do recollido, e se inviste máis do estimado no seu momento, ó ampliar o obxectivo da concesión, a conservación e mantemento da rede viaria autonómica da comarca, incluíndo as futuras variantes de Cangas e Moaña, porque resulta evidente a inconsistencia de argumentos cando queda demostrada unha vontade e uns pasos dados, como nunca antes se viñeron facendo nesta comarca. Tampouco, paga a pena entrar na crítica ó sistema de adxudicación extraorzamentaria, porque tamén cae polo seu propio peso, cando se analizan as últimas adxudicacións realizadas polo Goberno socialista no Estado, que dirixía o seu admirado Ministro Blanco; onde a coñecida colaboración público-privada se estende ás novas autovías, e se considera indispensable para acometer as obras de alta velocidade, como moi ben vostede saben. Por último, e no relativo ás previsións de acometer autovía, é preciso lembrar que o prego de cláusulas administrativas particulares da licitación vai a ser revisado, como pretende a moción que presenta, o seu, e como tamén pretende este grupo, o Grupo Popular, terá que tratar de garantir a licitación, a adxudicación e finalmente a construción desta autovía, coas condicións que se consideren convenientes, entre as que necesariamente se terá que incluír o prazo de execución. A este respecto cómpre lembrar que o prego que rexía a licitación, declarada deserta, recollía que os licitadores expresarían os prazos de execución e de posta en servizo da autovía, establecéndose un máximo de 40 meses a contar dende a data de formalización do contrato, podendo os licitadores contemplar na súa proposición un prazo menor, así como a posta en servizo de fraccións independentes. Polo tanto, non se considera conveniente fixar nin limitar un prazo concreto para a realización desta obra, que deberá ser concretado polo propio órgano licitador, coa finalidade de garantir a execución da obra. En todo caso, entendemos que si cómpre recomendar, é o que fará este Grupo Popular, a máxima axilidade posible en todo o procedemento. Consecuencia, tendo en conta todas as razóns expostas, argumentamos o noso voto en contra da moción presentada polo Partido Socialista. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Begoña Estévez. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, gracias Presidente. Bueno, eu creo que a Sra. Estévez, é obrigado ler a moción, estou convencido de que todos e cada un de vostedes a leron, pero non queda demais, porque fíxese a capacidade do goberno da Deputación, o estamos vendo na orde do día de hoxe, senón trouxeramos esta moción xa houberamos rematado o Pleno, e ademais a moción a traemos porque hai un problema de veciños e veciñas do Morrazo, de Vigo, e das súas empresas tamén, hai polígonos industriais, en Bueu, onde se achegan precisamente por esta vía rápida, vostedes lle darán moitas voltas e con argumentos técnicos, pero o que vostedes non foron capaces foi de dicir que non ían a desdobrar o corredor do Morrazo antes das eleccións xerais, o din despois, e ese prazo máis corto que vostede manifesta aquí en nome do Grupo Popular, ¿sabe cal vai a ser ese prazo máis corto?, xusto antes das eleccións autonómicas, aí é cando van vostedes de novo a facer propaganda, publicidade e propaganda, pero non teñen ningunha vontades de desdobrar o corredor do Morrazo, ningunha vontade, ningunha, non hai vontade, vostedes lles dan igual os veciños e as veciñas do Morrazo e lle dá igual as súas industrias, lle dá exactamente igual, non lles importa o desenvolvemento económico desa comarca, para nada, e, polo tanto, falan que a data será a máis breve posible, en función da licitación, trámites e tal. Nós, dende o Grupo Provincial Socialista xa lle dicimos cal vai a ser a data, a data vai a ser un mes antes das próximas eleccións autonómicas. Miren, ¿que foi ó que se dedicaron vostedes?, a poñer carteis informativos, e agora a facer unha medianeira, isto é algo incrible, algo incrible, esa é a solución que fan vostedes, algo incrible. Mire, isto é un fracaso, a demostración dun fracaso absoluto da súa xestión, é unha máis das pezas da caída da obra pública en Galicia, os propios empresarios galegos cifran nun 72%, e xusto nun momento onde os datos, que hoxe coñecemos da enquisa da poboación activa, da EPA, onde en Galicia se medra en 36.900 desempregados máis en 2011, máis que a media do Estado Español. Pois ben, isto, que é bo para os veciños e as veciñas, tamén é bo para a creación de riqueza e a creación de emprego, e a vostedes lle dá igual, é unha máis das que vostedes paralizan, isto en definitiva é un fracaso en toda regra, un fracaso estrepitoso da xestión do Partido Popular en Galicia, e da falta de atención a veciños e veciñas do Morrazo, insisto, vostedes non teñen en conta ós cidadáns, e aquí ó final, o que nós pedimos na moción é se este Pleno da Deputación vai a esixir á Xunta de Galicia, vai a esixir ó Sr. Feijóo, vai a esixir ó Sr. Hernández, Conselleiro de Política Territorial, que se desdobre o corredor do Morrazo, ¿si ou non?. As desculpas técnicas, ou as desculpas políticas, ou as que queiran facer, que as faga o goberno galego, nós, dende o Grupo Provincial Socialista, entendemos que a nosa obriga é defender ós veciños e veciñas desta provincia e esixir ó goberno galego que os atenda adecuadamente, e esixir o goberno galego que faga as inversións necesarias, e que xa estaban comprometidas, e que non busque subterfuxios para non facer esta importante inversión. Iso é o que ten que dirimir este Pleno da Deputación, non que me conteste vostede, Sra. Estévez, como se fora o Conselleiro de Política Territorial, non, vostede ten que contestar aquí como Deputada desta provincia, como representante de veciños e veciñas desta provincia, poñéndose do lado desta moción que presenta o Grupo Provincial Socialista, para que se faga canto antes este desdobramento do corredor do Morrazo, sexa así, nós aplaudiremos a súa actitude, súa e a do seu grupo, e senón é así seguiremos insistindo e dicíndolle ós veciños e veciñas que sigan esixindo o que en xustiza lles pertence. Moitas gacias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Ten a palabra Dona Begoña Estévez. Sra. Estévez Bernárdez.- Gracias Presidente. Bueno, primeiro gustaríame dicir que penso que vostedes preocúpanse polos veciños e veciñas do Morrazo cando están na oposición, tal vez, porque eu son veciña do Morrazo, e a primeira comprometida con que se faga esta obra son eu, xa non só como deputada senón tamén como veciña e usuaria desa vía, que ademais a uso moito. Teño que dicir que non temos que esixir á Xunta de Galicia que faga o corredor, porque o compromiso está aí, o compromiso da Xunta é que se vai a facer, e o inicio da súa moción é erróneo, a argumentación que facía, como expliquei antes na contestación, parte dunha premisa equivocada, porque a Xunta non paralizou a obra do desdobramento do corredor, o único que fixo o órgano de contratación foi declaralo deserto, porque a empresa, a única que se presentaba a esa licitación, incumpría as condicións do prego de cláusulas administrativas. Xa sei que a vostedes, ó mellor, preocúpanlle pouco as condicións técnicas e a legalidade con que se actúa na administración, de feito somos conscientes nesta Deputación, así nolo transmitiu a Consellería, e nós somos os primeiros preocupados en que se faga esta obra o antes posible, no compromiso en que se publique o novo prego de condicións administrativas xerais e particulares o antes posible, para que se faga esta obra, porque somos os primeiros interesados en que as vías de comunicación do Morrazo se fagan o antes posible. Entón, non podemos apoiar a moción, estamos de acordo que se faga o antes posible, pero como sabemos que iso vai a ser así, non apoiamos o texto nin a argumentación que fai o Partido Socialista neste caso. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Estévez. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. A ver, acaban de lernos aquí, a propósito disto, un extenso informe do gabinete de prensa da Consellería, cousa que se agradece, que lle pedira ese traballo e o fixera desa maneira, só que falla un tanto a memoria, mírese nas actas desta casa, me parece máis ou menos quince anos, mais ou menos quince anos, xa veu a Pleno, noutra clave, este, o famoso corredor do Morrazo-vía rápida, denominación que agora desapareceu e demais. Entón, o que é obvio é que o que era a estrada antiga 550, que ía pola costa, entre, vamos, por Moaña, Cangas e demais, hai moitos anos que tiña que estar resolto, e pasaron anos, pasaron os anos igual que pasou, que hai máis ou menos vinte anos que se prometeu a variante de Marín e está sen facer. Ben, obviamente se hai vinte anos que se está a ver como se fai, pois, aínda que esta neste caso está acabada nunha sección, e nunha forma, que hai que clasificar, como pouco, como imprudente, que aí están todos os accidentes que hai e demais, pois será que teñen certa prioridade, ¿non?, e polo tanto, pois algunha solución haberá que buscarlle. De todas maneiras a nós non nos dan as contas, ¿por que non nos dan as contas?, porque por un lado, tanto PSOE como PP son absolutamente partidarios de facerlle caso a Merkel e recortar o déficit público dunha maneira brutal, resulta que o Ministerio de Fomento, nestes momentos, para este ano, ten aproximadamente a sétima parte do orzamento, do que tivo hai tres anos, contando organismos autónomos, e vai facer marabillas, ¿non?, e a CEMATI, estradas, pois, non sei que fracción ten, pero dende logo, reduciron dunha maneira brutal o orzamento, e polo tanto, as marabillas dificilmente se poden facer sen eses fondos, sen eses recursos e sen eses cartos. Entón, este corredor en concreto, este desdobramento, actuar aí, entendemos que é prioritario entendelo todo o mundo, cando levamos vinte anos a voltas, ¿non?. Nestes momentos é unha auténtica atrocidade, bueno, nós non sabemos se vai a reducir algo con estas medidas que están adoptando ou non, pero estes debates en que non se pon a cuestión o volume, digamos, de fondo, se acepta a crítica e parece que á carreira, aínda que agora parece como un toro, anda bailando un pouco, ¿non?, á carreira, está a ver quen é o que máis recorta, pois en fin, é o futuro, pois choca frontalmente con este tipo de cuestións, agora o que non é de recibo é que se diga que foi por unha incidencia contractual, pode ser, ¡oh, sorpresa!, en Galicia debe de haber tropecentas obras que están máis ou menos así, ou foi unha incidencia contractual, ou para o ano que vén, ou falta un estudo, ou xa veremos. Home, falémoslle claro ós cidadáns, se estamos dispostos a estrangular á Administración Pública, que non teña un duro para o famoso, para cumprir cos famosos obxectivos que nos fixan, inda bo é que fixaran o 4,4, podemos fixar o 2 ou o 0; ou que había que ter superávit total, as contas, ó haber resisten todo, estamos de acordo niso e despois, non, dicimos, isto vai ter estas consecuencias, ou vai se parar esta obra, a,b,c,d, e esta non, porque senón o mareo ós cidadáns é absolutamente glorioso, pero na práctica, pois queda un nun mareo, senón hai recursos, senón hai fondos, pois queda nese mareo, absolutamente absurdo. Bueno, supoño que como estas, situacións como estas, ímolas a ter en cantidade, mentres non haxa unha definición clara do que se vai a parar e do que non se vai a parar, do que se vai a facer e do que non se vai a facer, e con previsión, cunha previsión máis ou menos, máis ou menos realista. Entón, isto para nós é irritante no sentido que, mire, falémoslle claro ós cidadáns, cunha nota de prensa do Gabinete da Consellería dicindo que un fixo, o outro desfixo, o outro deixou de facer, cando os tempos non tiñan nada que ver, cando levabamos vinte anos e demais. Pois bueno, está ben o explicar, agora o certo é, ¿onde están os diñeiros?, ¿canto diñeiro íamos a cepillar á CEMATI para facer obras?, ¿cantos?, ¿cantos?. Segundo o propio Conselleiro non ten un duro máis que para pagar o que vén de atrás, aínda así, nin iso. Pero, por outro lado, ¿que vai facer?, iso non hai maneira de casalo, a ver, creo que é unha pequena agresión á intelixencia dos que queremos, ou dos cidadáns que queren entender, ¿que demonios está a pasar?, porque, por arriba, todos de acordo en recortar, pero, por abaixo, todo se vai a facer. ¿Como se casa iso?. Obviamente, parece que dunha maneira bastante rara, ou sexa de ningunha maneira. Entón, estamos nun mareo ós cidadáns que non ten ningún sentido, obviamente, digamos, que a moción tal como está a nós nos mete, digamos, nun pequeno problema, ¿por que?, porque mire, a moción correcta sería, mire, que a Xunta dispoña de fondos para poder facer esta actuación, porque, se por un lado estamos de acordo en que recorte fondos e por outro lado estamos en que se faga, pois mire, así podemos ter cincuenta mocións e estaremos sempre mareando, porque claro, senón levantamos o pedal da asfixia económica das Administracións, pois, dificilmente podemos facer nada máis, ou se pode facer nada máis que andar mareando, ¿non?, se vou facer, ¿non?, é que houbo unha incidencia contractual, ¿non?, si, si, se vontade hai, pero dentro duns meses, bueno, onde van a ter vostedes cartos para facelo. Agora, neste caso, dada a traxedia en seguranza viaria que é este vial, e como á parte parece ser que a nota do Gabinete de Prensa que nos leu a Sra. Estévez, se compromete a facelo a propia Consellería, pois, votamos a favor, claro, se nos falaran claro; mire, non hai cartos, imos a facer algo de seguranza viaria, mentres Europa non nos quite o pé do pescozo non se vai a poder facer, pois mire, vámolo a facer, este asunto, para saír do paso, e xa veremos, pois mire, entenderiámolo, ou estamos en contra do que nos mandan de Europa, ou nos quedamos sen desdobramento, entenderiámolo perfectamente, agora, se din que o van facer, fágano, entón, votamos a favor da moción, fágano e punto. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente, moi breve, para rematar. Mire, nós, os Socialistas, nos preocupamos sempre das persoas, sempre, tanto cando gobernamos como cando estamos na oposición. Vostedes, o Partido Popular, fan bastante propaganda cando están na oposición, moitas promesas, e despois cando gobernan, porque xa estamos a ver, primeiros tres anos do Sr. Feijóo aquí, 240.400 desempregados, máis da media de toda España, o que ía a rematar co desemprego, e o estamos a ver nun mesiño escaso do goberno do Sr. Rajoy no Estado, nun mesiño xa fixo uns cantos recortes, uns cantos recortes, e tamén segue incrementándose o desemprego e lle vai facendo caso a Europa, que falaba de que non. Polo tanto, o que vostedes si fan é moita propaganda cando están na oposición, dicindo que o van a arreglar todo, pero cando gobernan non é así, que a situación económica en Galicia empeorou, claramente, nestes tres anos de goberno do Partido Popular e do Sr. Feijóo, con máis parados habidos na historia de Galicia, o maior crecemento de todo o Estado, polo tanto, lle digo, nós nos preocupamos sempre, lle reitero. Mire, aquí non hai compromiso ningún da Consellería, ¿onde está ese compromiso?, ¿xa se iniciaron os trámites para a nova adxudicación?, ¿se iniciaron os trámites?, ¿está avanzado algún de estes trámites?, cremos que non, afirmamos que non, e lle reitero, Sra. Estévez, o antes posible, vai a ser un anuncio que non unha contratación, un anuncio máis, un mesiño antes das eleccións autonómicas, non a contratación, un anuncio de propaganda como vostedes, o Partido Popular, acostuman a facer, e mentres, todos os usuarios deste corredor do Morrazo, saturado e inseguro, pois sen ter solucionados os seus problemas, e dende logo, dende logo, o Partido Popular e o goberno da Xunta, deben explicar e xustificar amplamente esta decisión de non desdobrar o corredor do Morrazo, e lle reitero, poderanse facer recortes, se poden mellorar todo o que queira os presupostos, pero hai cuestións que, despois, eses fondos se poden investir onde decide o goberno galego, e agora mesmo a súa decisión é non investir na provincia de Pontevedra e non investir no corredor do Morrazo, esa é a decisión do goberno galego, fondos ten, claro que teñen fondos, suficientes para facelo, os gastarán ou os investirán noutro lugar, polo tanto, eu lle insisto ó Partido Popular, e lle insisto a vostede, Sra. Estévez, con todo o respecto, pero con toda a contundencia, que vostedes deben de apoiar esta moción de esixir á Xunta de Galicia que faga os trámites para adxudicación e licitación do desdobramento do corredor do Morrazo, nos prazos que nós poñemos na moción, que inicien eses trámites, porque o deixar deserto este concurso, esta licitación, dende logo, nin foi aclarada, nin foi explicada, non vale con dicir que a única empresa, sabemos como funcionan estas cousas, sabemos como funcionan estas cousas. Polo tanto, que a responsabilidade é de vostedes cos veciños e veciñas do Morrazo e de Vigo, e en vostedes está ser consecuentes coas súas demandas ou darlle a espalda a eles. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. A verdade que eu escoitando, antes de darlle a palabra á Sra. Estévez, cando se inaugurou o corredor do Morrazo, un compañeiro que estaba aquí na corporación provincial, puxo un lema que dicía “bienvenidos al reino de los creyentes” e quería dicir, en relación ós dous grupos que están aquí na oposición, que torpedearon sistematicamente a posta en marcha do corredor, da vía rápida, porque o corredor hoxe non é unha vía desdobrada de alta capacidade, desdobrada con catro carrís, porque alguén se ocupou precisamente que fose así xa, porque senón hoxe tería que estar construída igual que está a autovía do Salnés, estaría construída, seguramente, tamén, a autovía do Morrazo, pero non se levou a cabo porque parece que nos olvidamos que para poder rematar a vía, o corredor, houbo que ter a forza pública e todo iso, porque había algúns, home, non sei quen eran, pero a xente, a opinión pública, xa pode imaxinarse quen eran, que non eran nada colaboradores, senón todo o contrario, fixeron todo o posible para que non se puxera en marcha, despois, resulta que se deu a casualidade, paradoxas da vida, de que o Partido Socialista, e máis o Bloque Nacionalista Galego, claro, gobernaron Galicia, bueno, gobernaron, non sei, a palabra non é exacta, pero, estiveron no goberno de Galicia durante catro anos, pero, non se ocuparon desta faceta, e era unha etapa de bonanza económica ben distinta á de agora, era ben distinta esa etapa á que agora temos, ¿verdade?, pero sen embargo, para vostedes, non era unha cuestión prioritaria. Ten razón D. Santos Héctor, que di que se preocupan dalgunhas persoas, dalgunhas se preocupan ben, non de todas, pero dalgunhas si. Entón, a realidade é que o momento actual é o que todos coñecemos, pero a maiores diso, practicamente, se desprende do que acaba de dicir a Sra. Estévez, que non é por certo unha contestación tipo, unha moción tipo, ou moción tipo como pon o Bloque, desas que pon, que só lles falta poñer alí o de “Concello de… expón, tal moción e tal”. Non, a nosa é unha contestación perfectamente argumentada, porque temos, evidentemente, ¿como non vamos a ter?, contrastada a nosa opinión con quen ten responsabilidade nesa materia, é un responsable do goberno de Galicia, que ademais ten moita vinculación con esta institución, e falamos desta cuestión porque somos os primeiros interesados en que nos preocupa que esa vía de alta capacidade sexa unha vía segura e teña ademais as prestacións que os veciños do Morrazo se merecen. Polo tanto, que quede claro que o único que se preocupou por facer un corredor, primeiro ó Morrazo, e tamén unha autovía, que neste momento todo parece indicar que de momento non é posible, foi o Partido Popular, iso está claro e o saben os cidadáns do Morrazo, polo tanto, aí non hai ningunha dúbida. ¿Que vostedes se preocupan dalgunhas persoas?, e, claro, somos conscientes diso, dalgunhas si, e sobre que queden a bo recaudo, pero non no que é o resto, non se preocupan de nada, en todo caso pode ser unha cuestión de oportunidade política, oe, vamos a poñer unha moción para que dalgunha maneira, sei que ó mellor agora non o van a facer, pero para que vexan os veciños do Morrazo que nós estamos aí, preocupados, e queremos e tal. Bueno, é certo que o Partido Socialista, todos sabemos como funciona e todos sabemos cal é a súa traxectoria, polo tanto, o Sr. Santos Héctor, falaba do paro, o paro non ten moito que ver coa vía rápida do Morrazo, pero se falamos do paro, ¿cantos son, cinco millóns, cinco catrocentos?. Agora, xa estaríamos, probablemente, noutra etapa, segundo dicía o Presidente do Goberno que marchou, xa sería unha etapa onde se vería a recuperación económica, onde se verían os brotes verdes e todo iso, pero nada diso, nin brotes nin recuperación, nin cousa parecida. Entón, a realidade é esa, é a que é, polo tanto, claro, estamos nunha situación complicada, sen dúbida, e o mellor é afrontala de cara, é dicir, a verdade, é dicir, pero ó mesmo tempo estase traballando para iso, e se dalgunha maneira non se fixo só hai unha responsabilidade, que foi a súa, a do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego. De non ter hoxe unha autovía do Morrazo, como se merecen os veciños do Morrazo, tiveron oportunidade de facela, non a fixeron, tiveron a oportunidade de facer o corredor de Tui-A Guarda, tampouco o fixeron, ou sexa, en realidade non fixeron nada, e sen embargo tiñan un presuposto potente, a pesar de que deixaron tamén moitas débedas, pero tiñan un presuposto moi potente, pero bueno, xa digo, polo tanto, agora non vale de nada lamentarse, a realidade é a que é, e como lle acaba de dicir neste caso a Sra. Deputada, Begoña Estévez, pois, imos a seguir traballando, primeiro, poñendo en marcha as medidas de seguridade que o corredor se merece, e a partir de aí, pois, tan pronto como se poida, volver, neste caso, a sacar un concurso público para poder desdobrar esta autovía. Nós somos cribles, vostedes non, temos fallos e erros, tamén, como vostedes, pero nós somos cribles, se vamos a sacar unha cuestión antes das eleccións autonómicas ou non, ou despois, non é o caso, porque agora a xente xa, precisamente, non comulga con rodas de muíño, e polo tanto, hai que falarlle claro, e vostedes, se alguén ten experiencia neste país en mentir, en enganar masivamente á cidadanía, eses coñécense polo puño e a rosa, ¿non?, que son eses os que dalgunha maneira enganaron durante moitos anos a moita xente, o que pasa é que hai un refrán que di, que pode enganar durante un tempo, pero durante toda a vida non, e por iso hai que dicir as cousas con realismo e con seguridade. Pola miña parte, eu creo que non hai nada máis que engadir, creo que está máis que debatido. Sra. Estévez ten a palabra. Sra. Estévez Bernárdez.- Gracias Presidente, moi breve. Simplemente dicirlle ó Sr. Mosquera que fai referencias a notas ou argumentación dun Gabinete de Prensa, se duda vostede da capacidade desta Deputada para buscar a documentación, argumentalo coa Consellería, e redactar a contestación da moción presentada polo PSOE, simplemente engadir esa puntualización, é dicir, como dicía o Presidente, que nestes momentos se están a adoptar as medidas de seguridade precisas na variante do Morrazo, en tanto non está en trámite o procedemento administrativo correspondente. Nada máis. Gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- D. Santos ou D. Cesáreo Mosquera. Perdón. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, dúas cousiñas para rematar. Unha, obviamente non se dubida da capacidade de ninguén, faltaría máis, agora, con datas, nomes e apelidos esa información só a ten a Consellería, e polo tanto, pois, veu de alí a información. Por outro lado, non é ningunha vergonza, e máis, a min o que me sorprenden é que na súa argumentación, que obviamente lla deron da Consellería, pois dá a entender que se vai canto antes, ou sexa, xa, se se pode, mañá, a desdobrar, da intervención do Presidente, bastante máis prudente, co cal terán que falar o Conselleiro e o Presidente, a ver o demais, bueno, agora facemos a medida de seguranza viaria e cando escampe, cando escampe, a saber cando escampa, polo que se ve vai para catro ou cinco anos, ese escampe, ou sete ou oito, pois intentaremos facela, hai unha diferenza absolutamente substancial, absolutamente substancial, pero a Consellería xa sabemos que está con esa política de que parece que todo se vai a facer, ¿non?, e só houbo un pequeno fallo, e nada máis. E despois, sobre o fondo do asunto eu saio do debate sen saber, porque obviamente tería que dicir o Conselleiro, o Conselleiro parece que mandou esas notas, ou da información da Consellería, e o Presidente da Deputación parece que está informado sen saber se realmente nos próximos cinco anos, por poñer unha data, se nos próximos cinco anos vai a haber autovía do Morrazo ou non vai a habela. Pola intervención do Presidente parece que non e pola intervención da Sra. Estévez, coas notas que mandou a Consellería, parece que si, co cal remato despistado. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Xa vexo que non ten as entendedeiras, non están adaptadas ós novos tempos, aínda seguen nos tempos pasados, ¿non?, porque ademais vin, ademais, agora, que creo que queren aprobar unha emenda contra todo aquilo que se mova no PP, onde o PP poida ter posibilidade de goberno hai que dispararlle, ou sexa, aínda seguen, eu pensei que había pasado o século XIX, pero seguen no século XIX, pensei que era un partido que había evolucionado e tal, pero van a debater este fin de semana que hai que intentar, na medida do posible, que alá onde haxa un goberno ou poida haber un goberno do PP hai que laminalo, iso é como no tempo dos nazis, pero bueno, esas cousas pasan nun partido como o Bloque, eu pensei que, ademais tendo aportacións como as de vostede, dixen, pois estarán, home é unha evolución lenta pero pouco a pouco se van adaptando, pero non hai maneira, dan un paso para adiante e tres para atrás, ¡coño non cambiarán! pois non hai maneira, e polo que vexo vostede tamén, non ten boas entendedeiras, porque nós, a Sra. Estévez e máis eu, temos unha sintonía perfecta nese ámbito, a mensaxe creo que era perfectamente claro, pero se vostede non quere entender, a verdade é que a min me gustaría, porque eu sei, vostede cando pon interese e tal ó final acaba entendendo, pero non vexo que teña moito interese en entender, pero bueno, haberá tempo. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, bueno, aquí cando falamos de mentiras, como falar non ten cancelas, o Sr. Feijóo se presentou hai tres anos ás eleccións autonómicas dicindo que en 45 días remataba coa crise e remataba co desemprego. Tres anos despois, moitas máis dificultades económicas, moitísimas máis, e o dobre de desempregados e desempregadas, unha mentiriña ou unha gran mentira para chegar ó goberno, pero é que o Sr. Rajoy fai un mes fixo o mesmo, prometeu que non ía a subir os impostos e subiu os impostos. Mire, aquí a mentireiros o Partido Popular, campión das mentiras, e campión dos desempregados, de número de desempregados, non son capaces vostedes, nin teñen, ademais se ve aquí na Deputación tamén, non teñen capacidade para xestionar mellor esta difícil situación, en absoluto, o que lle di Europa, cando vostedes cuestionaban o que dicía Merkel ou a Unión Europea e agora din o que diga Europa, e agora xa nos levan co tope de déficit ó 2020. Pero bueno, esas son as grandes mentiras do Partido Popular, as gordas, as que preocupan, as que doen ós desempregados e desempregadas en Galicia máis que en ningún sitio, máis que ningunha vez na historia, e gobernando o Partido Popular e o Sr. Feijóo, e aquí en Pontevedra as que lle toca, Sr. Louzán, que tamén, os parados tamén son seus. Bueno, ó final cando se fala de desempregados, mire, llo dicía no inicio da intervención, a obra pública xera riqueza e tamén emprego, e vostedes a caída de obra pública é brutal, no 72% de caída de obra pública, pero ademais dos usuarios, veciños e veciñas do Morrazo, todos e cada un deles, hai industrias alí e é certo que o corredor do Morrazo foi un instrumento, un bo instrumento para o desenrolo económico e tamén para os propios usuarios dese corredor, polo tanto, aquí o que se vén a debater é que non quede ó final diluído, porque falamos de todo, máis no remate deste debate, aquí o que vimos a dirimir é, ímoslle a esixir á Xunta de Galicia que desdobre o corredor do Morrazo ou non, iso ó final, a cuestión, o que ten que, o Partido Popular aquí na Deputación de Pontevedra, dicir, e mire o tema de seguridade viaria está moi ben, xa llo dixen eu, puxeron uns carteliños aconsellando unha velocidade menor á que está autorizada, agora se pon a medianeira, e bueno, ó mellor como isto vai a ir para longo, ó mellor, tamén, a seguinte fase é poñer uns pasos resaltados para que moderemos un pouquiño máis a velocidade. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. A verdade é que a obra pública cae, non é normal que non caia, primeiro haberá que pagar o que se debe, deixaron todo a pufo, e polo tanto, só o ano pasado, a cifra era coñecida onte, gastaron 90.000 millóns de euros máis do que se ingresou, 90.000 millóns de euros, son un manirroto, máis ou menos son un manirroto, ou sexa, gastaron 90.000 millóns de euros máis do que ingresaron, e polo tanto, ten que haber menos obra pública porque haberá que pagar o que se debe, e creo que do que se puido haber feito, ou se fixo algo en Galicia, da Alta Velocidade, está todo sen pagar, pero bueno, a verdade é que, a realidade é que, e polo tanto, non nos queda outra cuestión que resolvela, e neste caso imos a proceder á votación da moción que nos ocupa, e que neste caso, pois, procedemos á votación da mesma. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Por maioría de votos do PP en contra da Moción e cos votos a favor da mesma do PSdeG-PSOE e do BNG, acórdase rexeitar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) en relación co desdobramento do Corredor do Morrazo. 7.6171.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- ¿Asuntos fóra da orde do día?. Sr. Secretario.- No hay nada. Sr. Presidente.- Non hai nada. Non houbo. b) Parte de información e control: 8.6172.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Os extractos das Resolucións Presidenciais ditadas entre o 28 de decembro e o 23 de xaneiro. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 28 de decembro de 2011 e 23 de xaneiro de 2012, e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 9.6173.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- ¿Rogos e preguntas?. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente, teño uns cuantos. Entón … Sr. Presidente.- Vou tomar nota entón. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, ou vaia respondendo segundo … Sr. Presidente.- Sabe que aquí a resposta é automática, non hai problema. Sr. Mosquera Lorenzo.- A primeira, hai un ano e vinte e dous días, un ano, doce meses e vinte días. Sr. Presidente.- Trescentos sesenta e cinco máis vinte e dous son trescentos oitenta e sete, para poñer a cifra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Exactamente, presentouse aquí unha moción por parte deste grupo relativa á seguranza viaria nesta casa, polo menos nas vías desta casa, se se podían coordinar cos concellos e con quen correspondera, se acaso. Mira que fomos pacientes, ¡eh!, e seguímolo sendo, e non nos gusta, e tivemos ocasións de falar dos accidentes que vai habendo, que probablemente, canto antes se tramitara, se podían ir evitando, ¿non?, ultimamente comentaba o Sr. Crespo que tivo unha morte alí, en Lalín, nunha estrada provincial, etc. Ben, en principio, e cando parecía que xa estabamos, que se ía a aprobar, pois resulta que, despois de miles de incidencias, se ía a crear unha Comisión, unha Xunta de Portavoces, íase a non sei canto, bueno, pois parece que vai a haber unha nova demora, ¿verdade?, e que se vai a facer unha comisión ou se vai a reunir coa DXT, co Ministerio de Fomento, coa CEMATI. Bueno, a nós non nos parece mal, só que, ¡caramba!, moito nos tememos que isto vaia a afectar, que sería aceptable despois dun ano, pero, a cambiarlle o carácter e a frear, e iso, xa que non sería asumíbel, a ver, ¿onde están as resistencias Sr. Presidente?. A ver, por un lado se di, si, si, si, ¿como algo que se di e que foi votado aquí en Pleno, no Pleno de decembro de 2010, e que parece que hai toda vontade política, e que non se fixo nada, nada?, ou sexa, houbo, a ver, puntos negros, bueno, van os técnicos e miran por aí, pero, polo que se ve non se fixo nada, ¿houbo plans de seguranza viaria?, non se fixo, houbo nunha serie de ocasións vítimas de accidentes, e semana da mobilidade, nada, nada, nada, cando acordamos aquí que se ía a aproveitar todas as oportunidades e impulsar que se fixera. Non se fixo nada por agora. Sr. Presidente.- Teña confianza, eu lle pido que teña confianza, que estamos agora cos cambios oportunos e coa incorporación dos novos equipos, pois, poñemos todo iso en marcha, eu non teño, non hai nada que esconder, de verdade, certo é que ten unha demora superior á que debería ter, pero só falta que poñan os equipos a andar e nos poñemos a traballar, esa é unha cuestión necesaria ademais. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mira que somos pacientes, ¡eh!, seguirémolo sendo. Sr. Presidente.- Seino, pero foi un pouco motivado por iso, porque entendíamos que non só deberíamos falar nós, así o comentei o outro día, senón que cada vez confundimos máis ós cidadáns. Nós limitamos a velocidade nas nosas carreteras, nunhas a 50, noutras a 70, noutras a 90 e noutras a 100; despois vén a Xunta e tres cuartos do mesmo, nunhas a 90, noutras a 120 e noutras non, tal; e, Fomento, pois tres cuartos do mesmo. Entón, imos a tentar sentarnos todos nunha mesa, incluída unha parte que nunca se sentou, e eles, os propios axentes criticaban, dicían, “vostedes poñen as regras, poñen as medidas pero os que sancionamos somos nós, oe, o normal é que se nos chame a nós tamén, e que poidamos polo menos opinar”, e iso foi o que estamos facendo. Entón, estamos pendente de que se poñan mans á obra todos os que teñen que estar e a partir de aí, xa o falei co Conselleiro ademais, e con Fomento tamén, e só falta que nos propoñan as novas persoas que van a estar aí ó fronte, e poder chamalas a esta xuntanza, onde ademais invitaremos a que poidamos formar parte, polo menos, un representante de cada un dos grupos aquí tamén, que hai preocupación neste tema. Sr. Mosquera Lorenzo.- Se fora, se a preocupación fora por comer, estaríamos todos mortos, se fora igual que con isto. Ben, segunda cuestión, como veu estes días na prensa, supoño que chegarían aquí, no vial este que se fixo, que parte está aberto e parte sen abrir, entre Monteporreiro e Médico Ballina, hai unha demanda dos veciños de que se aumente a seguranza viaria, etc., as conexións e demais, non, non agardo que haxa satisfacción, pero enlazo coa anterior, quere dicir, igual se está sendo tremendamente timorato nisto, porque parece que hai unha presión de que hai sempre, que non se poña limitacións, que se poida correr, que se poida andar ben, cando as demandas veciñais van noutro sentido, como pode comprobar nisto, e agardo que sexa satisfacción. Sr. Presidente.- Xa, pero permítame que lle conteste neste tema. Imos a ver, a persoa que tivo un accidente, que o home en vez de rodear, dixo, mellor vou de fronte porque podo chegar antes, parece ser que o home, pódenos pasar a calquera, levaba un exceso cinco veces superior ó permitido, entón, el non pensaba, e dixo, se subo por aquí ó mellor me quedo no medio, quedouse no medio e o tipo non puido saír, quedouse no medio da rotonda, entón, … Sr. Mosquera Lorenzo.- Non me estou referindo a iso, me estou referindo ós que, ás demandas que hai do novo vial, das conexións. Sr. Presidente.- Xa, xa, é que non me deixou terminar, iso en primeiro lugar. En segundo lugar, os veciños teñen que entender, e vostede e máis eu o sabemos ben, deste asunto, que a parte vital desa conexión é a que estamos obrando nela neste momento, e máis vostede, e vaime dar a razón, porque sei que niso é unha persoa agradecida, non houbo ninguén que fose tan rápido como o fomos nós, na expropiación, na posta en marcha do proxecto e na licitación e na execución da obra, estamos, antes da primavera lle acabamos a obra, para que vexa que somos eficientes e eficaces na xestión pública. E polo tanto, sei que me vai a dar a razón nese sentido, e a parte fundamental é que esa conexión, que estamos agora executando é a fundamental, é a articulación definitiva para esta nova conexión que ten Pontevedra. Entón, creo que os cidadáns teñen que entendernos, é certo que me dicía unha señora o outro día, “pero é que non se ve de noite”, imos a intentar poñer na rotonda, imos a iluminar iso, aí sei que houbo un pouco de descoordinación, que xa me cabreei está mañá, claro, nós votámoslle a pelota uns ós outros, en relación a que a Deputación di que non é unha estrada nosa, o concello tamén, e a rotonda onde está ubicada é da Xunta. Entón, temos un pouco de lío, que isto é o que, dalgunha maneira, hai que terminar dunha vez con toda esta situación de, que ós cidadáns non lle importa de quen é a vía, o que lle importa é que lle solucionen os problemas, e claro, aí estamos no medio de tres: Concello, Deputación e Xunta; e ó final, pois, é unha amalgama de moitas cousas, temos que acabar dunha vez con iso, no sentido que os cidadáns teñen que saber claramente de quen é, e ó final a este señor non se lle puido xulgar porque como nós dixemos que a vía non era nosa, aínda que eu creo que se podería haber dito, “home, mira, non é nosa pero temos un acordo coa Xunta de Galicia para facer esta rotonda”, que debería ser o óptimo, por iso eu lle recriminei esta mañá ó persoal de aquí, a ver por que non se dixo que estabamos en execución, e temos un acordo para poder facer esa rotonda onde se fixo, pero bueno, como sempre hai algún despiste por aí. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, pero repito, sobre isto, e acabo, que non me estou referindo a iso, estoume referindo a que queren que se tranquilice a vía, poder cruzar, etc. Sr. Presidente.- Xa. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, máis asuntos. O outro día apareceu o Presidente desta casa, que reunía ós alcaldes, non sei se ós do PP ou a todos, que como unha vez foi ó PP e outra a todos, con respecto ó do lixo, retomando aquel proxecto de hai tres anos ou catro, tres anos quizá, de facer un consorcio, supoño que aí é a orixe, que despois quedou en nada, porque para que funcionara, a maioría dos concellos tiñan que subir a taxa, non estaban dispostos, quedou en nada, máis ou menos. Sr. Presidente.- Non era exactamente así, era porque algúns concellos nos querían traspasar todo o persoal. Claro, se o imos a facer coa metade dos efectivos e coa metade dos medios, o que non é normal, é que nos traspasen todo o persoal a nós, porque nos meteríamos nunha carga, para iso poñemos precisamente en marcha, ou poñemos a iniciativa de levalo adiante para facer un consorcio provincial, claro, non imos a cargar nós con todo o persoal. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, iso quedou alí e agora parece que se quere resucitar. Sr. Presidente.- Claro porque hai problemas. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, entón, resulta que o que se ten dito aquí moitas veces, e demais, que hai concellos nesta provincia que viven ou viviron da sopa boba doutras administracións, sen cobrarlle ós seus cidadáns pola prestación dos servizos, puxeron na súa boca que había que racionalizalo, había que igualalo e se custa haberá que ilo igualando ó custe. Sr. Presidente.- Unificar ou igualar, non tanto polo custe, que tamén, senón porque non é normal que Poio cobre 104 euros e que Barro cobre 6. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pois, ¿como que non é normal?. Sr. Presidente.- Xa cambiaron iso, polo mesmo servizo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, entón, xa vin que habaneaba noutras declaracións, non sei se foron certas ou non, que, xa, bueno, que non se pretendía e demais. Bueno, se hai esa demanda, se hai esa demanda, se hai esa necesidade, se hai, digamos, esa lóxica, que é absolutamente lóxico porque por lei os servizos que se prestan se deben autofinanciar, máis ou menos, pero o que non poden é ingresar, é a décima parte do que tal, ou sexa, que pode haber un pequeno déficit, un pequeno, bueno, pois vale, pois non estaría mal que esta casa fixera unha recomendación a todos os concellos para que o fixeran. E digo, non estas películas de que nun sitio están cobrando a cuarta parte do cobro, queren subir para reducilo a que sexa a terceira, incluso sendo moi deficitaria, entón, segundo quen estea no goberno ou na oposición, ala, a montar o alboroto correspondente, ¿verdade?. Como se as arcas públicas foran un chicle, que se os cartos van para tapar ese déficit non van para outra cousa, ou sexa, que dá igual, pois, igual estaría ben que esta casa, pois, fixera esa recomendación, pero incluso por escrito e demais, obviamente, pois hai casos moi variados, digo, xa que hai esa preocupación, nós compartímola. Sr. Presidente.- Nunha xuntanza, pretendemos ter aquí unha xuntanza nese ámbito e falalo con todos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Nós compartímola e á parte, saen por aí datos, saben que non son precisamente os concellos, onde levamos tempo gobernando, nos que nos tembla a man para ter as taxas, aínda que sexan deficitarias, pero bueno, no rango, cunha diferenza moi pequena. Ben, dúas cuestións máis, tivemos que escoitar ou ler que, acórdome diso, cando foi no ano 93 que se integraban todos os funcionarios na Seguridade Social, había, creo, que unha transitoria que permitía que os que xa estaban puideran tal, bueno, puideran seguir e demais. Bueno, aí, transmitiuse, digamos, nesa corrente de opinión, na que parece que todo funcionario público ten uns beneficios, uns privilexios, que é unha situación absolutamente, vamos, de atar ós cans con longanizas, de que eses funcionarios estaban tendo dobre cobertura, ou sexa, que esta casa lle estaba pagando por un lado e demais. Bueno, máis ou menos foi o que se transmitiu ou a sensación que quedou, con iso de que se ía a aforrar non sei que, bueno, non hai maneira de saber a que conta se poden aforrar, pero home, creo que habería que ser máis prudente neste tipo de transmisións, e dar a información moi clariña, moi clariña, e non crear este tipo de alarma, porque un escoita por aí o que transcendeu ós cidadáns, “mira, pois resulta que na Deputación os funcionarios tiñan dobre cobertura, páganlle a Seguridade Social, non sei que …”, bueno, todas esas cousas, ¿non?. Sr. Presidente.- Non, nunca se dixo de dobre cobertura, ó contrario, se aclarou, e se aclarou por dúas veces que era, evidentemente, que se pasaban porque senón xa se entende que non habería que pasalos, se estaba na Seguridade Social, xa non había que pasalos, xa están e non é o caso, o caso é que teñen unha cobertura, non teñen, polo tanto, Seguridade Social, teñen unha cobertura de asistencia sanitaria a través dunha empresa privada, e en principio se está negociando coa Xunta de Persoal, aínda que quen ten a última palabra, en base a iso que vostede ben di, ese acordo do goberno central do ano 1993, da incorporación de todos os funcionarios á Seguridade Social, que en todo caso, xa naquel entón, se debería haber feito para todos, se deixou esa porta aberta aí para, bueno, que algúns quedaran, certo é que houbo un referéndum entre os propios traballadores, eses 255, que eran anteriores ó ano 93, e que o 49% dixeron que si á Seguridade Social, e o 51%, dixeron que non. Polo tanto, estaba a cousa para a par case, e á parte, que había incluso unha negociación un pouco máis ampla, no sentido, que tiñan a posibilidade de contraprestacións que se habían negociado daquela, pero claro, o contexto daquela non é o contexto de hoxe, e a maiores, como digo, o gasto que incrementa para esta casa, pois é medio millón de euros, que non é unha cifra menor, e vostede ben sabe, como eu, que temos unha asistencia sanitaria neste país de primeiro nivel, e polo tanto, creo que podemos estar todos perfectamente na Seguridade Social, ¿non?. E niso é no que estamos traballando agora, neste caso, co Comité de Persoal, para chegar a ese acordo, que creo que sería bo para todos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, eu tiven que votar naquel momento e votara en contra de que seguiran, senón me acordo mal, ¡eh!. Sr. Presidente.- Moi ben, ves, imos polo bo camiño, polo mesmo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno, só que uns cantos anos despois. E xa a última, se podía dar algunha explicación da substitución da Directora, ou sexa, de Príncipe Felipe, Zoila, por Xosé Manuel Fernández, quero dicir, non dou ningunha explicación cando a nomeou e tampouco dá agora ningunha explicación, e nin máis nin menos que a Xefatura da, do Centro que máis, polo menos de persoal e de xestión, que máis persoal, que máis gasto ten nesta casa, como parece que daquela non quixo dar moitas explicacións máis, que entendeu que era moi tal, experiencia non tiña ningunha, pero bueno, nomeouna, e agora non dar ningunha explicación deste cambio, me parece que non é o correcto, o correcto é dar algunha explicación de que é o que sucedeu ou está a suceder aí, para que se faga, para que se fixera este cambio, home, sorprende, sorprende que unha nomeada, concelleira do PP e o outro que nomea, exconcelleiro, como que as formas aí non as respectou moito, pero bueno, pero, á parte diso, no que é na xestión interna, algo, algunha explicación, nos gustaría que dera, de que sucedeu aí. Sr. Presidente.- Moi ben, bueno a verdade é que, teño que dicirlle, o PP tamén é capaz de nomear algún dirixente socialista, xa veu que fai agora uns días nomeamos a un dirixente socialista por aí, ou sexa, que non somos sectarios, ou sexa, somos un partido que nos adecuamos, ou sexa, con iso quere dicir que unha era concelleira do PP, o outro foi exconcelleiro do PP, pero agora fixemos algún nomeamento, e aínda algúns se reincorporan, ou sexa, que polo tanto, non fan así con nós, que onde pasan por alí vostedes ou os outros non queda nin a sombra, pero bueno, nós somos un partido aberto e plural, e polo tanto, incorporamos … Entón, o que lle dicía, en relación a esta cuestión, a verdade é que despois dun labor extraordinario de 8 anos, entendiamos que era bo o momento para, tamén, poñer en marcha, pois, un cambio na dirección do Centro, e iso nos levou a ter un perfil axeitado, dunha persoa tamén que ten experiencia na docencia, en dirixir varios centros, e ademais, eu creo que tanto a traxectoria da que marchou como a incorporación da nova persoa, pois, ámbalas dúas cousas, polo que me trasladaron a min dende o Comité de Persoal, houbo unha satisfacción en ambos os dous sentidos, creo que se cumpriu unha etapa, xa digo, dun traballo extraordinario, hai que ver, que aquel centro que ten, como vostede ben dicía, unha carga de persoal moi importante, que estaba con moi pouca actividade nestes últimos 8 anos, se lle deu actividade a todos e cada un dos espazos que ten alí aquel centro, que é un centro moi grande, e polo tanto, eu aí neste sentido teño que felicitar á persoa que deixou o listón moi alto, e agora, pois, nun momento non de tanta bonanza económica senón todo o contrario, pois, incorpora unha persoa que ten experiencia neste ámbito, e sei tamén, estou plenamente convencido, que vai a facer un magnífico labor e vai a contribuír a que aquel centro siga sendo un centro, siga sendo un centro de referencia, non só aquí en Pontevedra, senón en toda Galicia, ¿non?, que por certo, ademais hai que dicilo, que ás veces, non como se diría, non, se vendo moito o que se fai, pero estámoslle dando a posibilidade, pois, eu calculo que a unhas catrocentas familias, que en principio non tiñan nada que ver coa actividade do centro, a que poidan conciliar iso que se di tanto, a vida laboral e familiar, porque esas familias poden levar alí ós seus fillos, levalos non, incluso en moitos casos llos vamos a buscar, comen alí e llos devolvemos pola noite, co cal, como digo, catrocentas familias, que son especialmente de Pontevedra, pola proximidade e a súa área xeográfica, pois, teñen nese centro, como digo, unha extraordinaria referencia para poder facer ese labor, que senón fose así, porque non había gardería; hai unha gardería de 130 prazas e hai un centro de día, tamén de case 200 e pico de prazas, que en definitiva suman esas catrocentas familias que se benefician deste labor que está facendo o Centro Príncipe Felipe, a maiores do labor que fan cos menores tutelados e todos os centros que alí hai doutro ámbito. Sr. Mosquera Lorenzo.- Quedoulle moi ben, pero, a ver, hai así uns matices. Iso, ¿quere dicir que o clan do Salnés aquí, que subiu aquí para controlar as institucións en Pontevedra, vanse esfarelando, ou como é?. Esa é a primeira, digo porque é a primeira vez, digamos, que hai que colocar un cargo discrecional na Deputación, na Xunta, aquí en Pontevedra, non suman un máis do Salnés, pois neste caso restan, debe de ser a primeira vez en bastantes anos, ¡eh!. Sr. Presidente.- Non, non fixo ben a conta, non, porque o que está de xerente do parque de bombeiros do Salnés, tamén, que é novo, tamén veu de alí, e bueno, é xerente provincial dos parques provinciais, ou sexa, empatan. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, pero hai unha resta, que é a primeira vez que baixan un. Sr. Presidente.- Non, non, hai empate. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, se oe ós cidadáns, non o vamos a mirar pola orixe. Sr. Presidente.- E vostede da procedencia, máis ou menos vén de por alá. Sr. Mosquera Lorenzo.- Home, dende o ano 64 en Pontevedra, bueno, pero dá igual, Superdelegado, todos veñen de por alá, parece que hai aí un pequeno, ou sexa, que me di que non, o clan do Salnés segue forte. Mire, e a segunda cuestión á hora de relevar a esta señora, Zoila, ou sexa, o que sacou alá por maio de que, “se vedes algún enemigo, entendido político das municipais, darlle un par de hostias ou mellor darlle dous tiros”, que sacou no seu facebook, e tal, ¿iso non tivo nada que ver?, ou as broncas, a súa participación nas broncas da constitución da corporación na Illa. Ou sexa, eses comportamentos inadecuados para calquera concelleiro ou concelleira, para calquera cidadán en xeral, e moito máis para a Directora de Príncipe Felipe, ¿non tiveron nada que ver?, ¿non tiveron nada que ver?, nin o seu comportamento, non, dígoo porque lamentaría que non tivera nada que ver, porque sería … Sr. Presidente.- Ese foi un desafortunado comentario nesas novas tecnoloxías. Sr. Mosquera Lorenzo.- Foron tres ou catro, si, si, foi a actuación do Pleno, foi despois, posterior, volveu outra vez. Sr. Presidente.- É como un dun partido aí, que brindou con cava o día que faleceu Fraga, ou sexa, que aínda non dimitiu o tipo, por exemplo, son desas cousas que pasan. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, non, que tiña unha traxectoria así como moi constante niso, exactamente, exactamente, o perfil dunha Directora de Príncipe Felipe como que non o daba, non o dou nunca, non o dou nunca, pero bueno, agora vostede ma defende, cousa que fai moi ben. Sr. Presidente.- Non, non, a defendo con argumentos contundentes. Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias, moi breve. No Organismo Autónomo do Museo presta os seus servizos, en seguridade privada, a empresa Esabe, e temos coñecemento que ten sen pagar a nómina destes traballadores, a paga de decembro, e acaban de aboar o salario de decembro o 21 deste mes, a miña pregunta é, ¿a Deputación está ó corrente de pago con esta empresa?, e se é así, que inste á empresa a que pague, nos prazos que ten que facer, ós traballadores que están desenrolando o seu traballo de vixilancia privada neste Museo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, pois moitas gracias, agradezo ademais moito esta pregunta, porque, curiosamente, os traballadores desta empresa, Esabe, que por certo a Deputación está ó día, en primeiro lugar, coa nómina dos traballadores, co ingreso correspondente que lle ingresa á empresa, para que a empresa pague ós traballadores. Pero, curiosamente, hai un par de semanas os traballadores de Esabe, conxuntamente coas organizacións sindicais, curiosamente, cando Esabe ten na provincia de Pontevedra máis dun centenar de traballadores, nós creo que temos dez ou doce, e dáse a casualidade que a institución que paga, e paga ó día, que é a Deputación, resulta que non tomaron outra mellor decisión que vir a manifestarse diante da Deputación, a pesar de que pagamos, chamaron ós medios de comunicación, montaron aquí un cristo e tal, e dixen eu, bueno, ¡e iso que pagamos!, pero, non contentos con iso, non contentos con iso, foron alí ó Museo, e pintaron alí as paredes de pedra, dicindo ademais que a Deputación era cómplice de Esabe, ¿non?, dixen eu, bueno, isto a verdade é que é o mundo ó revés, máis ou menos, ¿non?, dixen, nós temos nada, unha décima parte dos traballadores, nós pagamos ó día, non contentos con iso van e pintan as paredes de pedra do Museo, dicindo que a Deputación é cómplice, e resulta que paradojas de la vida, isto é unha situación coñecida xa polos traballadores, pola opinión pública, paradojas de la vida, porque aquí tiñan ben onde ir manifestarse, o que pasa é que aquí somos, non sei, o sitio das protestas, ¿non?, poderían ir ó Concello, á Subdelegación do Goberno, á casa de Esabe ou por aí onde calquera, porque nós, xa que estamos ó día, pois non, viñeron á Deputación, e resulta que ademais curiosamente, isto aféctalle ó Sr. Mosquera, non sei se é o apartado que el leva, resulta que había dúas semanas que o concello de Pontevedra lle acababa de prorrogar o contrato, precisamente a esta empresa, e contra alí non van, dixen eu, ¡joder, a verdade é que é unha cousa un pouco curiosa!, ou sexa, os de alí saben que non lle están pagando a ningún dos traballadores, saben que tal, e resulta que ó concello de Pontevedra, deben ter boa amistade aí, os sindicatos e tal, non van, e veñen aquí á Deputación. Entón, claro, solicitaron entrevistarse comigo, dixen eu, sen ningún problema, ó momento, veñan para acá que imos a falar vostedes e máis eu, pasaron, evidentemente, claro, falamos seriamente da cuestión, ¿non?. Entón, xa digo, hai un pouco de manipulación, ¿verdade?, eu diría que foran un pouco obxectivos, tanto os sindicatos como os que fan este tipo de actuacións, porque ademais, xa digo, o concello de Pontevedra, que sabe tamén que non lles paga, e colle, alí non se van a protestar, e acábanlle de renovar o contrato á mesma empresa, a Esabe, e sen embargo, véñense a manifestar á Deputación, que curioso iso, é curioso. Entón, non sei, dixéronme os traballadores, non, a verdade é que non estivo ben, non estivo ben, pero é que a nós leváronos para alí, e fomos para alí, e dixen eu, ¡joder, a verdade é que é curioso, e curioso!, entón, dixen eu, bueno, pois, e despois tivemos unha discusión así máis ou menos acalorada, porque era momento de tela, claro, entón, digo, vamos alá, eu o que podo dicirlle, e como digo, quería contarlle todo isto porque creo que é bo que vostedes saiban o que pasou, e dicirlle que nós, polo menos a Institución, aquí está o Interventor e o Secretario, que dan fe diso, e ademais porque chamamos á empresa xa varias veces para que lle pagaran ós traballadores. Por certo, xa habíamos feito xestións neste sentido, dalgúns meses que non pagaron, e resulta que, como digo, véñense a manifestar diante da institución que lles paga. Pero bueno, cosas veréis, como diría o refrán, e tamén dicirlles que lle acabamos de rescindir, creo que acabamos de aprobar a rescisión do contrato, xa que non lle pagan, bueno, pois nós tomaremos, nós facemos xusto o contrario do que fai o concello de Pontevedra, e nós rescindímoslle o contrato, esa é a diferenza de como traballan uns e outros, e sen embargo, pois contra eles non van, pero nós, xa digo, tiñamos un prazo para rescindirlle o contrato e rescindímoslle o contrato. ¿Que máis?. Sr. Rodríguez Díaz.- Eu creo que non é nada gracioso rirse de traballadores que non cobran a súa nómina, por un traballo que desenrolan en tempo, ¿non?, a pregunta, evidentemente, é se aquí, como vostede ben resposta, é de que están ó día con esta empresa, que dende aquí se lle esixa que estean ó día. Agora claro, o que vostede di é que lle acaban de rescindir o contrato á empresa, ¿iso quere dicir que eses traballadores xa non van a seguir tampouco os seus servizos no Museo?, porque se é así, lle rescinde por vir a protestar, vostede castiga ós traballadores, non castiga á mala xestión da empresa. Por iso, é dicir, vostede introduce unha nova cuestión aquí, se unha empresa non cumpre co prego de condicións para o que foi contratada, mediante adxudicación ou como fora, evidentemente, hai os mecanismos para rescindirlle, ¿vale?, entón eu, o que lle pediría era que aclare se a rescisión conleva que os traballadores, por vir a protestar aquí, agora, tampouco van a estar prestando os seus servizos coa nova empresa a que sexa adxudicada. Sr. Presidente.- A ver, D. Santos Héctor, nós facemos as cousas dentro da legalidade, e ademais facémolas, porque ademais, así o queren os traballadores, vostede parece que non entendeu ben, ou non quixo entenderme, nós o que fixemos foi rescindir o contrato, denunciar o contrato que temos en vigor, para denuncialo ou para prorrogalo. O concello de Pontevedra llo prorrogou, nós denunciamos o contrato, polo tanto, estamos neste momento no tema de rescisión de contrato, e vostede sabe que un contrato coa Administración, pois, ten un tempo, ten un tempo, e ese tempo teñen que estar dando ese servizo ata que entre a nova empresa que sexa adxudicataria deste servizo. Polo tanto, tranquilo nese sentido, é cuestión de sentido común, por favor. Polo tanto, ¿Sr. Mosquera, quería aclarar algunha cousa?. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, é que estamos preocupados polo que se está escoitando, ¿non?. Sr. Presidente.- Pois está escoitando, só, simple e llanamente a verdade. Sr. Mosquera Lorenzo.- Xa, pero, é que mire unha cousa, se mezclamos relacións contractuais da empresa coa Administración, co estudo, análise e situación interna da empresa, isto vai a ser o absoluto delirio, o absoluto delirio, porque, digamos, haxa unha situación deste tipo, bueno, pois pódense facer xestións, pódese chamar ou o que sexa, agora, intervencións de prorrogar ou non prorrogar ou o que sexa, home, por moi legais ou o que sexa, imaxinarvos como funcionaría isto e o zapatostio que montaríamos, se resulta que un escoita, ou polo que sexa, non lle pagaron ós traballadores unha nómina, unha empresa de construción, pois, lle rescindimos o contrato, ou sexa, quebrámola xa, se cadra vai quebrar igual, pero quebrámola igual. Entón, mezclar, mesturar ese tipo de cuestións, parece, digo, na argumentación do Presidente, alí prorrogouse, aquí non se prorroga, aquí non sei que, haberá que ver o nivel de solvencia da empresa, senón hai nada constatabel que o demostre e que sexa suficiente, e que pode ser absolutamente iriente, porque por este mecanismo, por ese mecanismo, mire vostede o que tal, e se chega unha subcontrata e di, “é que a min non me pagaron”, ou sexa, obra de x, imaxínese, chega unha subcontrata e di, é que a min non me pagou a empresa principal, vale, ou sexa, rescíndolle, ou sexa, claro, ou se teño posibilidade, xa sei que é unha prórroga. Sr. Presidente.- Estamos falando dun servizo. Sr. Mosquera Lorenzo.- É que está falando o Presidente, ¿é que prorrogarlle é malo?. Mire, prorrogóuselle por un motivo, porque había que sacar un novo concurso e que non daba tempo, vale, pero, é que se estou prestando un servizo correctamente non hai necesidade da Administración prorrogarlle e punto, pero é que esa argumentación pode rematar no absoluto delirio. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, está confundindo “churras con merinas”, non me fale dun contrato dunha obra cun servizo que está dando de seguridade, estanos dando un servizo de seguridade, eles teñen que cumprir ata esa fecha, se lle parece pouco, se lle parece pouco que nós lle paguemos, que nós esteamos ó día e que non lle paguen ós traballadores, e que dentro dun tempo que establece a lei, que nós poidamos dalgunha maneira rescindir ese contrato ou non prorrogalo e denuncialo, pero imos a ver, é que é de puro sentido común, é evidente que vosoutros meteron, un pouco non, bastante o pé na sachadeira, porque esa empresa, nós miramos a solvencia e a solvencia, evidentemente, é a que é. Se eles reciben ademais, dixeramos, “non, é que teñen retrasos”, ¡non!, pero, é que cobran ó día, e polo tanto, vostedes meteron claramente o pé na sachadeira, ¿me comprende?. Entón, pois claro, son decisións, eu non sei a cal chegaron vostedes, pero bueno, polo menos, o que si ganaron é algo que é contra o sentido común, que é ó concello non lle vamos a protestar é á Deputación si, a pesar de que paga. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero que lideira ten contra o concello, deixe de tela, é igual. Agora, este tipo de cuestión, quero dicir, ten que haber unhas causas obxectivas, entre que … Sr. Presidente.- A causa obxectiva é que ti podes denunciar o contrato ou prorrogalo, é unha cuestión que figura dentro do acordo. E non estamos falando, non confunda, Sr. Mosquera, non confunda, non estamos falando dun contrato dunha obra, que ti estas coa construción e estás parando unha obra na metade, non, estamos falando dun servizo que é de seguridade que eles teñen que cumprir ata a fecha que establece o contrato, e nada máis, e despois virán eles ou virán outros, porque eles poderán concursar tamén de novo, igual que vai, vostedes decidiron non sacar o concurso, prorrogarllo, bueno, esa é a súa responsabilidade, espero que non lle reclamen os traballadores. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero bueno, a ver, é que os principios de seguridade xurídica, é que á parte, é que normalmente faise peor, ou sexa faise peor. Sr. Presidente.- Non, non, non, está confundido. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, home, pero non se pode escupir cara o outro lado, a nós nos viñeron alí a montar bulla cando quebrou Casas Novas, porque resulta que segundo a empresa lle debíamos x cando non lle debíamos x, e bueno, os traballadores usáronos ou o usaron para ir a protestar, ou sexa, digamos, o que estaba en litixio, o concello cedera e lle pagara, obviamente, mire, pois, mala sorte, mala sorte, pero, non imos a coller con iso e dicirlle non vaian alí e … Sr. Presidente.- Nada ten que ver con isto, Sr. Mosquera, aquí estamos falando dunha subrogación, ¿si ou non?, dun contrato e punto. Nada máis, non hai máis nada, e nós tomamos a decisión acertada, e ademais, eu creo que non sei se votaron todos por unanimidade ou non, ¿no patronato?, votaron todos os grupos ademais por unanimidade, ou sexa, a ver se teñen un pouco de coherencia, a ver, teñamos un pouco de coherencia, se os grupos votaron todos a favor da mesma, ademais, hai que ter máis, as novas tecnoloxías teñen que estar ó día, poñelo rapidamente ó día, para dicir que é o que pasa na súa formación política, sei que este fin de semana vanse poñer ó día ou facer unha involución no tempo. Pero a argumentación é máis que contundente, por un lado alí me di, “¡oes!, defendamos ós traballadores”, perfecto, vostede me di, “¡oes!, haberá que defendelo, pero non haberá que …”, é que non sei que quere dicir, entón, non sei. Bueno, ten a palabra o Sr. Veiga Soto, D. Francisco Veiga Soto. Sr. Veiga Soto.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, bos días. A semana pasada chamáronme uns veciños preocupados da parroquia de Agudelo. Sr. Presidente.- ¿Parroquia de?, ¿parroquia de que?. Sr. Veiga Soto.- Agudelo, en Barro. Sr. Presidente.- ¡Ah!, si. Sr. Veiga Soto.- Se están realizando alí unhas obras na EP-507, unhas obras que, bueno, como é habitual, desgraciadamente, nas obras que fai esta Deputación, nos viais da súa competencia, pois, despois de tres anos, se están facendo agora os remates que faltaban desa obra nos lugares onde non se chegou a acordo cos veciños, porque como dicía, é habitual, se inician as obras sen ter os terreos a disposición, dun modo irregular, pero bueno, inícianse as obras. E agora, despois deses tres anos de estar rematadas, tres anos e pico, vaise cunha, chamémoslle, segunda fase, desa obra EP-507. Todos os veciños estaban preocupados, realmente preocupados e eu recollo as palabras que dixo o Sr. Presidente, dá igual de quen sexa a carretera, os veciños o que queren é que se lle solucionen os problemas, e eu quero, dende aquí, espero que se lle solucionen eses problemas. Eu entendo que son problemas que non chegaron ó Sr. Presidente, de que agora que estean sobre a mesa poida facerse cargo e poida esixirlle á empresa e técnicos da Deputación que alí onde chegaron a acordos con determinados veciños, ou alí onde hai deficiencias importantes na execución desa obra, pois, que se poidan facer os remates tal e como noutras zonas da mesma obra se fixeron noutro momento. Entón, eu queríalle poñer de relevo, por exemplo, casos como este terraplén que ós propietarios deste terreo se lle dixo que, se lles prometeu por parte de técnicos desta Deputación, que se lle ía a facer un muro e o que se fixo foi este terraplén, rápido, correndo, que se está desfacendo xa coas choivas que tivemos nos días pasados, e que seguramente agora co frío abrirá máis e caerá. Entón, creo que é necesario que agora que o ten sobre a mesa, que coñece este terraplén, así, desta situación desta carretera, pois que se lle poida facer a estes propietarios o que se lle prometeu no seu momento, un muro como ten que ser, como se lle prometera, como digo; pero, a estas deficiencias importantes, porque isto pode caer en calquera momento, e ten un perigo para esa estrada provincial que se está a facer, pois, hai outros tamén de difícil comprensión, no que son as calidades de remate, como son desagües ou canalizacións como esta, que home, noutros lugares da obra prométolle que hai canaletas, como Dios manda, en cambio noutras zonas parece que non. Hai veciños que alí falaban de discriminación, de arbitrariedade, de caciquismo e outros de mala leche, pero, eu, de verdade, é que penso que non chegou a vostede, que agora que o sabe vai a poder facer algo ó respecto. Entón, de verdade, é que lle pediría que visitara esta obra e que puidera falar cos veciños e darlle resposta a estas situacións, porque xa lle digo, non é un caso puntual, son moitos, entón, dáme que pensar que a obra, que a empresa a está intentando facer demasiado rápido, demasiado a correr, o encargo que tivo por parte desta Administración, de rematar esas partes da obra que non estaban rematadas no seu momento, cando tiveron parte dos terreos a disposición. Despois, hai casos curiosos, curiosos, de propiedades nas que se remata deste modo, na entrada da propiedade, cando creo que non é forma de rematar unha obra provincial, e sen embargo, hai outras propiedades que se rematan así, con muro incluído, pagado, ó parecer, ó parecer, pola Deputación, despois de expropiar, que iso xa me parece máis raro, que se expropiara e que despois se pagara o muro. Entón, non sei, entón xa lle digo, hai outras propiedades que non tiveron esa mesma sorte, está ó lado, practicamente está ó lado, está antes esta, está no medio esta, entón, eu creo que deberíamos ter unha coherencia, e intentar que se se fai para uns veciños dun modo se faga para todos igual, non creo que este tipo de diferenzas sexa bo para o prestixio desta Administración. Entón, por iso lle pedía que fora por alí e que intentara, que intentara que a empresa que está a realizar as obras tivese a mesma delicadeza con todos os propietarios que están alí. Despois, gustaríame preguntarlle unha cousa importante tamén, é un tramo que, como lle digo, se está rematando unha parte, é bastante recente, a outra parte que se fixo nesa parroquia de Agudelo, pero que o que non se tivo en conta foi un servizo básico e necesario como, por exemplo, é o alcantarillado, que aínda que non tivera conexión nun futuro ben se podería aproveitar esta obra para meter por alí o alcantarillado. Gustaríame preguntar por que non se fixo, nesta parroquia en concreto, ese tramo, se nun futuro se podería conectar, porque realmente hai outras parroquias do concello de Barro que si teñen alcantarillado e si podería chegarse a conectar, ademais tendo en conta que o polígono está realmente cerca desa zona. Pero bueno, aí hai un rogo e hai un rogo que si que lle quería, ademais de que visite esa zona e que fale con eses veciños, con eses propietarios que están realmente preocupados por como se está finalizando, por como se está levando a cabo esta obra, que se axilicen as xestións con Fenosa, porque creo que senón somos algo rápidos, primeiro, imos a ter problemas á hora de asfaltar, de pavimentar toda esa zona que se está rematando, e pode ser realmente un perigo para os condutores que pasen por esa zona, porque seguen estando todos os postes de Fenosa, como se pode ver aquí, en medio do vial, e creo que é necesario que esas xestións, que son sempre lentas, que sabemos que Fenosa, pois, sempre se toma o seu tempo en quitar e retirar eses postes, pois que se aceleren, xa que a obra está bastante adiantada, e completando estas deficiencias importantes, deficiencias importantes, porque que poida caer a carretera con ese terraplén non é unha broma, que as augas non vaian polo sitio adecuado, con esas canalizacións en mal estado, ou que haxa esas diferenzas tan importantes entre uns veciños e outros. Creo que é importante que Fenosa retire eses postes para poder asfaltar e deixar dunha vez esa EP-507 nun estado correcto, tal é como esixen todas as carreteras da Deputación, e tal e como o Sr. Presidente acaba de dicir, o que queren os veciños é que se lle solucionen os problemas. Gracias. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Eu vou a pasar, ademais encantado, polo sitio, ¡eh!, vou a procurar pasar, encantado, pero bueno, tamén vou a dicir o seguinte, quero entender e seguro que foi así, pero, porque coñezo algo desta actuación, que o alcalde levaba reivindicando fai bastante tempo que se rematara, que se rematara, que se rematara, e non se rematou, levamos tres anos, tres anos dende que non se rematou, e iniciada a obra, pois debemos levar ó mellor uns seis, e seguro que non se rematou porque este señor, evidentemente, non cedeu no seu día e houbo que ir á expropiación, e se me fai recente unha actuación onde houbo que levar á Guardia Civil para poder entrar na propiedade. Polo tanto, xa me imaxino que ás veces, claro, e agora os veciños ou veciño actual, bueno, pois pon de exemplo se ó outro lle fixeron o muro, senón llo fixeron, etc., etc., se el houbera colaborado dende un principio, pois, probablemente non estaríamos falando desta circunstancia. Pero bueno, de todas maneiras estea tranquilo que vou a pasar por alí, porque quero velo así en cuestión, e quero imaxinar que iso é da carretera, me imaxino, Valiñas-Portas, onde ademais, xa digo, levamos moito tempo, máis do que eu desexaría, en rematar esa actuación, e esperamos poder vela rematada canto antes, e miraremos para que non existan diferenzas, ¿non?, polo tanto, pois bueno, estarei atento a todo iso, de todas maneiras moitas gracias. Non, non, tranquilo, que eu vou a velo alí e despois, no próximo Pleno, incluso falaremos aquí diso. Bueno, pois moitas gracias e levántase a sesión. Moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición