Fondos
2012-12-28_Ordinaria. Acta de sesión 2012-12-28_Ordinaria
Acta de sesión 2012-12-28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/2.2012-12-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2012-12-28_Ordinaria
Data(s) 2012-12-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 28 de decembro do 2012 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e oito de decembro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo a esta sesión, ordinaria, do Pleno da Corporación Provincial. 1.6300.- TOMA DE POSESIÓN DE D. JOSÉ LUIS PÉREZ ESTÉVEZ COMO DEPUTADO PROVINCIAL Sr. Presidente.- O primeiro punto da orde do día é a toma de posesión de D. José Luis Pérez Estévez como Deputado Provincial. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Se recibió de la Junta Electoral Central la credencial de Deputado Provincial a favor de D. José Luis Pérez Estévez, e toda vez que presentou na Secretaría a declaración de bens patrimoniais, declaración de causas de posible incompatibilidade, así como a liquidación do imposto sobre a renda, non hai, pois, obstáculo legal para a súa toma de posesión. Sr. Pérez Estévez.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey, e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Presidente.- Moi ben, pois, reiteramos a noraboa ó alcalde, neste caso de Meis, D. José Luis Pérez Estévez, pola toma de posesión que se acaba de producir. Unha vez recibidas da Xunta Electoral Central as credenciais de Deputado Provincial a favor de Don José Luis Pérez Estévez e presentadas na Secretaría a declaración de bens patrimoniais, declaración de causas de posible incompatibilidade, así como, a liquidación do imposto sobre a renda, e non habendo obstáculo legal, toma posesión do cargo de Deputado Provincial D. José Luis Pérez Estévez. a) Parte resolutiva: 2.6301.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRO NA TESOURERÍA DO CONCELLO Sr. Presidente.- Segundo punto da orde do día. Delegación do concello de Ponte Caldelas das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello. ¿Algunha intervención?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Ponte Caldelas na sesión celebrada o día 2 de novembro de 2012 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 21 de decembro de 2012 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Ponte Caldelas para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público pendentes de cobro na Tesourería do concello. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación efectuada polo concello de Ponte Caldelas para que a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público pendentes de cobro na Tesourería do concello. 2. Esta delegación do concello de Ponte Caldelas, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases vixentes para a prestación do servizo, á Ordenanza vixente reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Ponte Caldelas así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Ponte Caldelas para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público pendentes de cobro na Tesourería do concello, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.6302.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS DAS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DO SOLO, SUBSOLO OU VOO DAS VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS, A FAVOR DE EMPRESAS EXPLOTADORAS DE SERVIZOS DE SUBMINISTRACIÓN, FUNDAMENTALMENTE DE ENERXÍA, QUE RESULTE DE INTERESE XERAL (TAXA DO 1,5%), ASÍ COMO A EMISIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DERIVADA DESTA TAXA Sr. Presidente.- Punto número 3. Delegación do concello de Ponte Caldelas, tamén, das facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente enerxía, que resulte de interese xeral (taxa do 1,5%), así como a emisión e recadación da liquidación derivada desta taxa. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Ponte Caldelas na sesión celebrada o día 2 de novembro de 2012 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulte de interese xeral (taxa do 1,5 %), así como a emisión e recadación da liquidación derivada desta taxa. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 21 de decembro de 2012 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Ponte Caldelas para exercer as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulte de interese xeral (taxa do 1,5 %), así como a emisión e recadación da liquidación derivada desta taxa. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación efectuada polo concello de Ponte Caldelas para que a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) exerza as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulte de interese xeral (taxa do 1,5%), así como a emisión e recadación da liquidación derivada desta taxa. 2.- Esta delegación do concello de Ponte Caldelas, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases vixentes para a prestación do servizo, á Ordenanza vixente reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Ponte Caldelas así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Ponte Caldelas para exercer as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulte de interese xeral (taxa do 1,5 %), así como a emisión e recadación da liquidación derivada desta taxa, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6303.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “ACONDICIONAMENTO DA INTERSECCIÓN DA EP-8503 CORDEIRO-SENÍN COA N-550 (VALGA)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 4. Aprobación inicial do proxecto “Acondicionamento da intersección da EP-8503 Cordeiro-Senín coa N-550 (no municipio de Valga)”. Exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. Bueno, o importe desta actuación é de sesenta e dous mil euros, sesenta e dous mil trescentos cincuenta e sete, para ser exactos, dos cales, corenta e sete son para a execución da obra por contrata e case quince mil euros son para as expropiacións derivadas da actuación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Acondicionamento da intersección da EP-8503 Cordeiro–Senín coa N-550 (Valga)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 62.357,42 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 47.516,70 euros e capítulo de expropiacións por importe de 14.134,32 euros, ten por obxecto o remate das obras de ampliación da devandita estrada provincial. En datas recentes o Ministerio de Fomento levou a cabo obras de mellora ó seu paso polo concello de Valga, punto no que se mellorou a zona do enlace da N-550 coa estrada provincial EP-8503 Cordeiro–Senín. Co fin de completar a seguridade viaria no antedito entronque, resulta necesario acometer as obras de mellora na zona pertencente á vía provincial, eliminando o estreitamento existente e mellorando así a seguridade viaria. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación inicial do proxecto “Acondicionamento da intersección da EP-8503 Cordeiro–Senín coa N-550 (Valga)”, dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 62.357,42 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 47.516,70 euros e capítulo de expropiacións por importe de 14.134,32 euros. Segundo.- A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. Terceiro.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. Cuarto.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Quinto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas vén xustificada pola necesidade de completar a seguridade viaria no antedito entronque, resultando necesario acometer as obras de mellora na zona pertencente á vía provincial, eliminando o estreitamento existente e mellorando así a seguridade viaria. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. 5.6304.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “ENSANCHE E ACONDICIONAMENTO DA EP-8502 VALGA-BAÑO (VALGA)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Aprobación definitiva do proxecto “Mellora do trazado da estrada provincial EP-9701, Baión-András, p.k. 3,6 a p.k. 5, (no concello de Vilanova de Arousa)”. Aprobación definitiva da declaración de bens e dereitos afectados, ratificación da solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación de bens e dereitos afectados pola execución deste proxecto. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Presidente. Unha cousiña, ¿o punto 5 non o saltou?. Sr. Presidente.- ¡Ah!, si, bueno, había outro máis de Valga, está dentro da orde do día, que tamén é aprobación do proxecto “Ensanche e acondicionamento da estrada Valga-Baño (tamén dentro deste término municipal)”. Creo que xa o coñecen, ¿non?, teñen copia do expediente, do anterior, ¿teñen copia do expediente para proceder a aprobación tamén do mesmo?. ¿Algo que engadir?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, é que crieime alí, home, aínda por riba coñézoo ben, non hai ningún problema. Sr. Presidente.- Por iso eu sei que lle soaba este … Sr. Mosquera Lorenzo.- Xa, non se preocupe. Non, pero eu digo que o saltou, que non vai a ser que despois sexa un problema para o Secretario. Sr. Presidente.- Procedemos entón á aprobación tamén do 5. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Ensanche e acondicionamento da estrada provincial EP-8502 Valga–Baño (Valga)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 251.259,23 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 168.468,30 euros e capítulo de expropiacións por importe de 82.790,93 euros, ten por obxecto a mellora e ampliación da devandita estrada provincial. O vial provincial EP-8502 Valga-Baño configurase como unha infraestrutura de grande importancia na zona, xa que une o centro urbano de Valga co colexio de Baño. Así pois, a antedita estrada ten unha grande intensidade de tráfico, tanto rodado como de viandantes. Co fin de mellorar a seguridade viaria resulta necesario realizar unha serie de actuacións nos 900 metros de lonxitude da estrada, ampliando a capa de rodaxe e dotando á mesma de beiravías. Para levar a cabo estas melloras será necesario proceder coa retirada de muros e modificación de diversas instalacións viarias. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Por todo iso, e como queira que a obra leva a afección de terreos de particulares polo cal resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxo carácter urxente queda sobradamente xustificado polos motivos antes expostos e á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación inicial do proxecto “Ensanche e acondicionamento da estrada provincial EP-8502 Valga–Baño (Valga)”, dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 251.259,23 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 168.468,30 euros e capítulo de expropiacións por importe de 82.790,93 euros. Segundo.- A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. Terceiro.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. Cuarto.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Quinto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas vén xustificada pola necesidade de completar a seguridade viaria e resultando necesario acometer as obras de mellora na zona pertencente á vía provincial, eliminando o estreitamento existente e mellorando así as instalacións viarias. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. 6.6305.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO “MELLORA DE TRAZADO EP-9701 BAIÓN-ANDRÁS, P.K. 3+653 A P.K. 5+045 (VILANOVA DE AROUSA)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO Sr. Presidente.- O 6, Vilanova de Arousa. ¿En contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Mellora de trazado EP-9701 Baión–András p.k. 3+653 a p.k. 5+045 (Vilanova de Arousa)” está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 149.323,59 euros desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 114.144,77 euros e capítulo de expropiación por importe de 35.178,82 euros. A estrada provincial EP-9701 Baión–András configúrase como unha das infraestruturas máis importantes da zona, xa que une o viario que discorre dende Pontevedra a Vilagarcía cos lugares de Solobeira e András, servindo ademais de acceso a Vilanova de Arousa e evitando o paso por Vilagarcía de Arousa. Esta circunstancia provoca que dita estrada soporte unha importante densidade de tráfico durante todo o ano, que provoca que o pavimento na zona de circulación se deteriore notablemente e que os anchos primitivos non resolvan problemas xerados polo continuo paso de vehículos. O obxecto do proxecto consiste en rematar o tramo de estrada pendente no lugar de Serantes, coa finalidade de facilitar tanto o tráfico rodado como o peonil en distintos puntos da estrada, nunha lonxitude de 1392 metros lineais. Este tramo da estrada non se puido rematar ó non estar dispoñibles os terreos que se inclúen agora neste proxecto. Sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 216, de data 9 de novembro de 2012, no taboleiro de anuncios do concello de Vilanova de Arousa, en varios xornais da localidade e sendo notificado individualmente ós afectados, sen que se presentase ningunha alegación, e á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas, advertindo da necesidade de acometer canto antes a obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación definitiva do proxecto “Mellora de trazado EP-9701 Baión–András p.k. 3+653 a p.k. 5+045 (Vilanova de Arousa)” dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 149.323,59 euros desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 114.144,77 euros e capítulo de expropiación por importe de 35.178,82 euros. Segundo.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o anexo que se achega ó presente acordo. Terceiro.- Ratificar a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra xa que o devandito proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade viaria neste tramo da estrada, xa que o seu estado actual non reúne as características técnicas mínimas esixidas para este tipo de viario, cun ancho medio pavimentado de seis metros ou inferior, importantes deficiencias no firme e sen un itinerario alternativo para os peóns que reúna unhas mínimas condicións de seguridade. ANEXO PARCELA PROPIETARIO SUP. AFECTADA SUP. TALUD AFECTADO BENS AFECTADOS 41 ANTONIO NOYA TABOAS 26,10 10,00 4 ud cepas tipo catalán 42 JOSE MOARES BUCETA 105,50 0,00 2 ud. bimbieiros adultos 35 ud. cepas tipo catalán 22 ud. columnas de pedra 2,00x0,25x0,25 43 JOSE MOARES BUCETA 18,20 0,00 4 ud. plantas ornamentais abandonadas 1,98 m2 de fachada de bloques 0,20 ml de muro de pedra de 1,20 m. altura e 0,20 ancho 1 ud. portón de ferro de 1,20x1,50 7 ud. columna de pedra de 1,00x0,20x0,20 44 GREGORIO VILA SEÑORANS 17,00 2,97 45 JORGE REY HERVES 297,29 27,54 3 ml de muro de pastas de 2,00 m. altura e 0,10 ancho 26 ud. columna de pedra 2,00x0,10x0,10 48A MANUEL BEMPOSTA PORTO 30,86 0,00 2 ud. columna de pedra 2,50x0,25x0,25 48B MARIA GENEROSA LEDE FERNANDEZ 244,55 0,00 48C VICTOR MANUEL BEMPOSTA RIVAS 329,54 286,52 4 ud. cepas 8 ud. columnas pedra 2,50x0,25x0,25 49 RENATA GONZALEZ BEMPOSTA 80,40 0,00 12 ud. columnas pedra 1,50x0,25x0,25 11,10 m2 galpón en estado ruinoso 7.6306.- RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O EXERCICIO 2013 Sr. Presidente.- E o punto número 7. Resolución de reclamacións e aprobación definitiva do orzamento xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2013. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Moi breve porque ó final hoxe é ratificar o presuposto que aprobamos inicialmente no último Pleno, onde a Deputación de Pontevedra vai contar cun presuposto que ascende a cento corenta e oito millóns de euros, onde xa dixemos no seu momento que amortizabamos en torno a quince millóns de euros como vimos facendo nos últimos anos; que non acudimos a ningún tipo de préstamo, co cal cumprimos co déficit cero; e, a maiores, temos un obxectivo que en torno ó 2018 se poida ter débeda cero nesta administración. Eu creo que son os parámetros que estamos a cumprir, parámetros que no seu momento xa intentamos marcar a nosa liña de traballo, facer un presuposto con rigor, é dicir, que cumpra perfectamente o equilibrio entre ingresos e gastos e que sexa realista; que se faga coa máxima austeridade, porque creo que son momentos complicados e difíciles e se intentou sacar todas aquelas partidas non produtivas, todas aquelas partidas innecesarias; intentar, loxicamente, que con estes dous criterios se poida facer unha boa xestión, porque ó final non vale de nada por uns números nun documento se despois non somos capaces de xestionalo e de que esa xestión poida ser óptima. En definitiva, eu creo que todos temos que cumprir o máximo que nos esixen os cidadáns de facer máis con menos. Creo que marcamos tamén unha folla de ruta clara, onde falamos, tamén, no seu momento, xa hai máis dun ano, de adelgazar a administración, cando tomou posesión de novo esta Corporación, e, o fixemos, o fixemos creo que cumprindo cos requisitos establecidos e que marcamos política e tecnicamente, onde, a supresión dos organismos autónomos, mellor dito, a inclusión destes organismos autónomos dentro dos servizos da Deputación, van a significar unha mellora na xestión, unha mellora neses servizos, e ó mesmo tempo, nós calculamos que aproximadamente un millón de euros de aforro de todos os organismos autónomos á hora de xestionalos directamente, por cuestións técnicas, consideramos que esta é a mellor proposta, e polo tanto, bueno, pois, a partir do día 1, o día 2 de xaneiro, todos os organismos autónomos xa dependerán administrativamente de servizos da propia Deputación. Tamén é certo, e, nos gustaría recalcar esta posición, vamos a manter as marcas de todos estes servizos, é dicir, Museo, ORAL, Turismo Rías Baixas, Canteiros, IPESPO, etc., creo que é importante, porque é importante para que tampouco haxa confusión por parte dos administrados, porque aquí o único que se trata é, loxicamente, de aforrar eses cartos, a maiores, facer unha mellor xestión, e tamén, por suposto, que a administración poida ter, pois, unha forma de traballo moito máis rigorosa. O tema importante que falamos sempre de controlar a débeda, creo que o estamos levando a cabo co máximo rigor, creo que é importante pois facer esta amortización dos quince millóns de euros e ter esa previsión de débeda cero no ano 2018, e cumprir, tamén, cos obxectivos de déficit; e todo isto, pois, loxicamente, cumprindo, tamén, cuns parámetros políticos, é dicir, intentar manter todas as políticas sociais. Esta casa caracterízase dunha maneira clara polo apoio a todas as políticas destinadas ás persoas, dunha maneira especial a todo o relacionado cos sectores culturais, sociais e deportivos, que creo que é fundamental, fundamental, eu creo que hoxe é a base de calquera administración. Hai que pensar que nesta Deputación estamos destinando a servizos sociais máis de dezasete millóns de euros, entre servizos sociais, cultura e deportes, estamos preto dos trinta millóns de euros; creo que son cifras moi, moi, importantes. E, tampouco, podemos olvidarnos das inversións nos concellos a través dos plans correspondentes, que bueno, que loxicamente, non vou a desenvolver aquí, hoxe, porque xa o fixen na primeira intervención que tiven á hora de aprobar os presupostos inicialmente. Bueno, en definitiva, creo que hai unha alegación de Comisións, do Comité de Persoal desta casa, que nós agradecemos, como sempre, pois ese traballo que fan, creo que a relación entre o equipo de goberno e o Comité de Persoal e os traballadores é unha relación óptima, é unha relación adecuada, correcta, nos termos de que, evidentemente, nós respectamos a defensa que fan os traballadores e o Comité e o Presidente deste Comité, como non podía ser doutra maneira. Hai unha alegación, que hai, bueno, pois un compromiso do Presidente e do Goberno, de negociar un novo catálogo de postos de traballo da Deputación nos próximos meses, cremos que nesta parte, bueno, pois os traballadores pois teñen propostas claras e concretas, que nós estamos dispostos a escoitar, a traballar tecnicamente e a poder desenvolver. Nos parece que é unha boa maneira de manter unha relación institucional correcta e de traballo diario cos propios traballadores. E, tamén, agradecerlle, pois, creo que a súa aptitude, sempre positiva, ó longo destes meses difíciles, eu diría que destes anos difíciles, creo que están dando mostras de altura, nos seus comportamentos, nas súas aptitudes, á marxe das diferenzas, loxicamente, que poida haber en momentos puntuais, por parte das dúas, tanto do goberno coma dos propios traballadores. Eu creo que esta é a maneira de traballar, se traballa cun clima de tranquilidade, é positivo para ambas partes, e esperemos que se poidan concretar, pois, algunha das cuestións que hoxe presentan nestas alegacións. Hai outras alegacións que consideramos que non son oportunas e por iso se rexeitan, bueno, xa se trasladou á Comisión Informativa correspondente, e polo tanto, bueno, pois, eu creo que con esta salvidade estamos en disposición de pedir o apoio para os presupostos do ano 2013 desta Deputación. Estamos en tempo e forma, creo que non hai ningunha administración que estea, a estas alturas, neste proceso de aprobación dun presuposto, se está cumprindo con todos os requisitos, e polo tanto, bueno, pois, o presuposto da Deputación, se así o consideran os señores Deputados e así o consideramos, pois, vai a entrar en vigor o próximo día 2, despois da publicación no Boletín Oficial da Provincia. Eu creo que se está traballando ben, tanto politicamente como tecnicamente, e, bueno, eu creo que son os presupostos que demanda esta provincia, son os presupostos que demandan os veciños e as veciñas, e, dende logo, cada día, que é un dos obxectivos que temos que perseguir dende a parte política, é escoitar, escoitar o que nos demandan, tanto os colectivos coma os cidadáns en xeral, e nós consideramos que estes presupostos, en base tamén a eses plans de emprego, que van destinados máis de nove millóns de euros a políticas de emprego e ás políticas sociais, cumpren cos requisitos, tanto na estrutura orzamentaria coma nos obxectivos que perseguimos. Polo tanto, podía estenderme máis, se é necesario, algunha pregunta ou algunha cuestión, estou á súa disposición, pero me parece que a intervención xa de contido, a fixemos na aprobación inicial, e polo tanto, hoxe é ratificar esa aprobación inicial co rexeitamento desa parte das emendas, das alegacións, e co compromiso, dende este goberno e da Presidencia, de negociar un novo Catálogo de postos de traballo nos próximos meses. Polo tanto, vamos a solicitar o apoio para estes presupostos de todos os señores e señoras deputados. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, efectivamente, estamos ante a aprobación definitiva dos orzamentos co cal non tería moito sentido reproducir o debate que houbo na aprobación inicial, no Pleno de inicio deste mes. Agora, si hai feitos novos, como unha alegación de Comisións Obreiras, da cal dou conta o Sr. Figueroa dunha maneira absolutamente peregrina, non ten nada que ver o que din as alegacións co que nos contou aquí o Sr. Figueroa. Basicamente, as alegacións din que a desaparición dos organismos autónomos hai que reaxustar as plantillas, cousa que está sen facer, e con todas as consecuencias que ten, de funcións, etc., e sobre todo, sobre todo, fai unha crítica feroz e real, absolutamente real, que responde ós feitos, e o temos denunciado neste Pleno, de que a política de contratación de persoal eventual dos Plans de emprego, son, pois, vía absolutamente caciquil, estrutura partidaria, como se lle queira chamar, como se lle queira chamar, describen na alegación dunha maneira extensa e clara. Todos sabemos que cando se contrata ese persoal, ¿quen son?, en todos os concellos nos que hai constancia, resulta que son todos metidos pola estrutura do Partido Popular, e, creo, se lle parece iso ben, alegrámonos, porque di que a alegación terase en conta, no espírito, non sei que, pois alegrámonos de que, realmente, pois se faga por capacidade, baremo, mérito, como se lle queira chamar, e non pola estrutura do Partido Popular. Vostedes saben perfectamente que aí se están pasando moitísimo, pasa de castaño escuro, témosllo advertido neste Pleno, e agora, advírtenllo sindicalmente tamén, polo tanto, agardemos que non caia en saco roto, polo que se ve parece que si, pero bueno, as declaracións parece que van por outro lado. O que non incide a alegación sindical, por dar por suposto que vostedes non o van a facer, é, por exemplo, no asunto da paga extra, que é curioso que administracións gobernadas por vostedes, dunha maneira vergonzante, si a están suplindo, e esta casa, que vostedes presumen de que está facendo, en fin, que non ten a situación económica especialmente grave, cousa que tal como está o asunto si é certa, pois, vostedes, non sabemos se a algún llo fixeron ou non, pero en xeral non fixeron ningún mecanismo, ningunha paga substitutiva da paga extra, cando noutras administracións, xa digo, gobernadas por vostedes, de maneira vergonzante, non facéndoo público, non facendo, digamos, cuestión, en fin, deste asunto, pois si o están facendo. Esa é a situación, vostedes guiadiños ó que lle manda o seu goberno de Madrid, independentemente do que pase cos funcionarios ou do que pase coa economía desta zona. Son tan guiados, tan guiados, e queren ser tan supostamente seguidores das políticas de Díaz Ferrán, ¿non?, aquilo, ¿como era?, “traballar máis e cobrar menos”. O que pasa que debeu ocuparse despois en, non se sabe, non lle deben traballar suficiente ou deberon cobrar demasiado os seus traballadores, que, como non lle chegaba o que ganaba, pois, dedicouse a roubar e agora está na cárcel, ¿non?. Bueno, vostedes seguen a política así a rajatabla, e, no caso que vostedes presumen da débeda, estamos mareados, porque un día di que, no 2015, xa lle escoitamos aquí que ía ser cero, si, si, si, nos orzamentos do ano pasado dixo 2015, vaia ás actas, agora vai ser o 2018, presumen de amortizar quince millóns, claro que teñen que amortizalos porque é o que lle toca, é o que lle toca, etc. Pero aquí a correr a ver se vostedes seguen a política, vamos, de empobrecer, que a administración, como se a administración, hai que adelgazar a administración, como se a administración fora unha cousa mala por si e non prestara un servizo, simplemente, claro que os presta, e adelgazar o que supón é non prestalos, directamente non prestalos, e fan enxeñería financeira, eu díxenllo no Pleno, non contestaron, nun Pleno dixémosllo, claramente, as contas que aparecen no orzamento dá que a supresión dos organismos autónomos sobe a conta, ou sexa, aumenta no orzamento o gasto, calculamos un millón, puido dicir tres ou sete, eu que sei, puido dicir calquera cifra que total non está reflexada no orzamento, non está nas contas, entón, poden dicir o que, o que ben entendan, pero o que aparece realmente nos orzamentos é que sobe o gasto. E, no Pleno ese, e xa acabo, no Pleno este de principios de ano en que se aprobou inicialmente o orzamento, e no que houbo, viñeron outros asuntos tamén, pois, dixémoslle, o Sr. Presidente tivo unha intervención así, cremos que desafortunada, porque, así, aquilo de cuspir ó aire, cuspiu ó aire así con bastante enerxía, díxoselle que estaba un pouquiño medradiño e que tivera coidado con iso de sacar peito e cuspir ó aire. Non fixo falta que pasara moito tempo, non fixo falta que pasara moito tempo para que, en fin, se lle volvera para atrás. Explícome. Alí sacou unha perorata, oralmente inxusta, fóra de lugar, pero bueno, sobre que o de Valentín García Escudero, non sei que, estaba feito unha rateira, escoite, escoite, Sr. Presidente, escoite, escoite, se quere porque … Sr. Presidente.- Si, eu teño … Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, ten … que estaba, que estaba feita unha rateira, non sei que, alá, escandalizándose, ¿non?, cando son unhas escavacións arqueolóxicas e se lle explicou, si, si, soltouno aquí e tal. Pois, mire vostede, mire vostede que resulta que non tiveron que pasar nin quince días para que unha das obras estrela que tiña vostede non se convertera nun campo de fútbol marabilloso senón na piscina máis grande do mundo, mire vostede, mire vostede, que hai que ter coidado co que se di, porque cuspir ó aire pódese volver en contra, si, temos unha piscina que é a máis grande do mundo, ou sexa, está no libro Guinness, ¿non?. Mire vostede, e, por outro lado, aquí presume de que recortan, dúas cousas, en quince días caeron enriba dúas cousas, unha, o de Pasarón, que é a obra estrela de deportes e máis non sei que, que se gastaron non sei cantos cartos, e resulta que en vez de ser un marabilloso campo de fútbol se lle converte nunha piscina de récord. E, por outro lado, aquí se dedica a presumir de que hai que recortar en gastos da Corporación, que son moi austeros e demais, e, nos ten aquí, e non nos queixamos, nunca dixemos nada, pero, xa que vostede se meteu nese patacal, pois vamos a falalo. Resulta que aquí os Deputados que estamos na oposición pois nunca puidemos dedicarnos en exclusiva, temos que atender toda a provincia, resulta que, este Deputado, creo que é coñecido por outro lado, sen ningunha retribución e pagando do seu bolsillo, e el sen pedilo, pois, ten recorrido gran parte da provincia por asuntos da Deputación, e non nos queixamos, e resulta que vostede métese en que os seus concelleiros de Pontevedra están represaliados porque para facer política en Pontevedra non teñen as exclusivas que debían ter. ¿Quen lle mandará meterse nese patacal?, ¿quen lle mandará meterse?. Ou sexa, nós aquí temos que facer de Deputados na oposición, ¿verdade?, a raticos libres ou cando poidamos e sen tal, e os seus concelleiros en Pontevedra están represaliados, represaliados, porque só un pode estar en exclusiva no concello e só teñen que cubrir o ámbito de Pontevedra, ou sexa, Sr. Presidente, hai que ter coidado co que se di, hai que ter coidado, hai que ter coidado co que se di, hai que ter moito coidado co que se di, ¿non?, e que conste que nós non nos queixamos, foi vostede o que se meteu neste patacal, e, incluso dicindo que parece que non quere que fagan oposición. Entón, aquí, parece que vostede non quere que nós fagamos oposición, que teñamos tempo para dedicar a isto e poidamos cumprir as nosas funcións. Repito, que non nos queixamos, simplemente vostede métese nun patacal, todo iso en quince días, advertímosllo no Pleno pasado, parece que vostede está un pouco medradiño e cuspir ó aire ten esas consecuencias, pode cambiar o vento, e cambioulle en só quince días. Ben, non nos vamos a estender que isto pasou o Pleno pasado, e nese Pleno xa debatimos con calma os orzamentos. Vostedes presentan unha enxeñería financeira impresionante, non corresponde para nada co documento que presentan, bueno, pois, despois xa na execución xa se verá, e, nós mantemos, obviamente, o mesmo sentido de voto que naquel Pleno, que se presentaron toda unha serie de emendas que nin tiveron a consideración, nin tiveron a consideración, de estudalas, de aceptar algunha, de modificar algunha, estudar si que as estudaron, xa sabemos que as estudaron, pero de aceptar algunha cando cremos que parte delas eran positivas e, parte volven hoxe ó Pleno en forma de mocións doutro grupo político da oposición, do PSOE, que teremos ocasión de debater despois. Nada máis, o asunto está suficientemente debatido e, porque xa foi debatido no Pleno pasado, e ratificar o noso voto. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Bos días, gracias Presidente. En primeiro lugar, en nome do Grupo Provincial Socialista, pois dar a benvida e noraboa ó novo Deputado, D. José Luis Pérez Estévez. No punto, pois, que nos compete, que é o punto do presuposto, de resolución de reclamacións, nós, ratificarnos no que expuxemos xa na sesión anterior, onde se trouxeron a aprobación inicial dos presupostos, no senso de que son uns presupostos que, realmente, non favorecen nin dinamizan a economía na provincia, non atacan ó principal problema que teñen agora mesmo os cidadáns que é o emprego, e ademais rexeitaron unha proposta do Grupo Socialista referida á Teleasistencia, que despois falará a nosa compañeira nunha moción. Polo tanto, como dicía, ratificarnos e incluso recordarlle tamén ó Voceiro do Partido Popular, cando di que non se vai acudir a préstamo, é que non poden, non poden acudir a préstamo porque non reúnen todas as condicións que farían posible acudir a ese préstamo. Son uns presupostos que, dende logo, non tratan por igual a todos os veciños e veciñas de Pontevedra, porque hai discriminacións claras, tanto na propia adxudicación de obras ou tamén na inxerencia na propia autonomía municipal. Falabamos de que vostedes nestes presupostos incrementan de forma moi ampla o gasto corrente e, sen embargo, cunha escasa inversión, e, ademais, cunhas previsións de ingresos, que o propio Interventor no seu informe, pois, cuestionaba e dicía que eran demasiado optimistas. En definitiva, vostedes van a facer un ano máis o que xa nos teñen acostumbrados, é dicir, poñen nos presupostos unha cousa, din outra cousa, pero dende logo no desenrolo dos presupostos fan unha totalmente distinta. E, dende logo, agora, coas alegacións que fai a sección sindical de Comisións Obreiras, son unhas alegacións que, independentemente, de que segundo a Secretaría, pois, non son para ter en conta, por canto non reúnen as condicións para ser tido en conta, sen embargo, son unhas alegacións durísimas, son unhas alegacións durísimas, a práctica de desenrolo de determinadas partidas deste presuposto, como son as de fomento do emprego. Estas resolucións falan que fomentan o clientelismo político a base de explotar as necesidades das familias, estou lendo textual, que isto busca respaldar a crenza de que o contrato vai durar e que vai ser renovado ó fin dese contrato, que é aproveitado por vostedes como un auténtico semillero de votos e engrandecer a figura do político, isto di, textual, as alegacións de Comisións Obreiras, algo, que por outro lado non é novo, que o veñen denunciando tamén os alcaldes socialistas para a práctica que veñen a facer disto. Pero, di máis, di: Os plans de emprego da Deputación non poden estar cuestionados polo tráfico de influencias ou servir para que o equipo de goberno desenrole servidumes para as votacións, que a selección se ten que desenrolar coa máxima transparencia, con criterios claros e con puntuacións para cada un deles e con tribunais que os seleccionen independentemente. E nós lle propoñiamos, xa no Pleno anterior, de que estes plans de emprego, os traballadores e traballadoras non sexan contratados pola Deputación, que sexan seleccionados e contratados polos concellos, ou como mínimo, que sexan seleccionados polos concellos, iso daría, polo menos, máis transparencia a eses plans de emprego. Polo tanto, nós, lle reitero, nos ratificamos no exposto, é certo que hai este engadido que é durísimo para vostedes, que esperemos que o corrixan, na liña do que lle estou a manifestar, e, dende logo, nós vamos a votar en contra destes presupostos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, para rematar. Con respecto ó tema de emprego, onte tivemos un Pleno na cidade de Vigo, onde o goberno socialista e o bloque presumían dun Plan de emprego de cinco millóns e pico de euros, dicían que era o máis mundial do mundial. Pois miren, hoxe imos aprobar nove millóns de euros en Plans de emprego nesta Deputación, nove millóns de euros, é dicir, se duplica a cantidade destinada en Vigo, nove millóns de euros, e claro, Sr. Mosquera, con todo o cariño, que sabe que lle teño respecto, home, vostede é o menos indicado para falar, en Pontevedra me din que nin cen mil euros, nada, non teñen Plan de emprego en Pontevedra, non o necesitan, vostedes se dedican a outras cousas. Mire, D. Santos Héctor, lle fago unha proposta, que non o falei co Presidente nin cos meus compañeiros, pero, facer exactamente o mesmo reparto que fan vostedes no concello de Vigo e como o fan vostedes, coller as asociacións, chamalas e dicirlle, ¿canto necesitas?, tres, toma o diñeiro, tres; iso é o que fan no concello de Vigo vostedes, claro, previo paso correspondente pola oficina onde se lle di quen ten que ser. Facemos exactamente igual, Sr. Presidente, eu lle propoño ós técnicos que vaian ó concello de Vigo unha mañá e que copien exactamente o que fan eles, exactamente, non, non, copiemos, vamos a copialo, exactamente igual. Miren, eu creo que hai unha diferencia, aquí hai probas, hai probas, hai tribunais, loxicamente, coa complexidade que ten contratar a preto de dúas mil persoas, pois, se está facendo con rigor, se está facendo con transparencia e se está facendo coa máxima equidade. Polo tanto, eu creo que, primeiro, hoxe toca presumir, Presidente da Deputación, eu creo que é a única institución que dedicamos nove millóns de euros nun presuposto a un Plan de emprego, e vimos dedicándolle, non só cando estabamos na crisis, senón antes, xa hai máis de cinco anos que, mínimo van contemplados catro millóns de euros, sempre, nos presupostos da Deputación, sempre, nos últimos seis anos, creo, exactamente, non sei se foron seis ou cinco, pero dende logo máis de cinco sempre. Polo tanto, eu creo que fomos pioneiros á hora de tomar decisións importantes con respecto ós plans de emprego de institucións. Segunda cuestión. É difícil, claro, que vostedes poidan aceptar que unha administración como a nosa teñamos no horizonte de 2018 ter deuda cero, e estar amortizando entorno a quince millóns de euros, e seguir destinando nove millóns de euros ó Plan de emprego, e seguir destinando case vinte millóns de euros, dezaoito e pico a políticas sociais concretas; e máis de catro millóns de euros a axudas a actividades deportivas, e máis de cinco millóns de euros a actividades culturais, claro, é difícil, e a maiores, ter unha atención especial e prioritaria pois cos concellos, e dunha maneira especial debe ser cos concellos pequenos, e llo di unha persoa que, seguramente, seguramente ó vivir nunha cidade, ó mellor, temos outra visión distinta moitas veces, pero, eu creo que algo coñecemos, e sobre todo o Presidente, dunha maneira especial, as dificultades que están atravesando os concellos, e esta casa ten que intentar equilibrar a posibilidade de inversións que non se poden facer nos pequenos concellos pois facelas a través desta Deputación. Mire, gobernar un concello como o de Vigo e o de Pontevedra é bastante máis doado que gobernar un concello pequeno, ¿sabe por que?, porque Vigo e Pontevedra teñen mecanismos de ingresos totalmente distintos ó que pode ter calquera outro concello de menos de 5.000 habitantes, e non vou a dar ningún nome para que non se molesten. Porque hai posibilidades, non só as administrativas, as que veñen dos fondos habituais, que iso é moi fácil para os responsables políticos, coller o diñeiro que vén de Madrid, metelo nun saco, e dicir, me reparto, e no momento que o reparto só fago política e nada máis. Non, hai administracións que hai que xestionalas, e concellos como o de Vigo e Pontevedra hai que xestionalos, hai que facer xestión política e técnica, e claro, se vostede resulta que nun concello como Vigo e Pontevedra non hai nin unha soa inversión doutras administracións, ou as poucas que hai confronta e se enfronta para que non as haxa, é imposible que estean. Pero non só iso, falo de inversións, doutras fórmulas de xestión, que vostedes, claro, non saben xestionar, non saben, ese é o problema, o problema é traer grandes inversións con custe cero para as arcas municipais, que non se fai, que non se fai, porque nadie se preocupa, só se preocupa da subvención e da axuda das outras administracións, e iso eu creo que é o debate que temos que empezar a abrir os responsables políticos das grandes cidades con respecto a un debate dos pequenos concellos. Ese é o debate que hai que abrir, porque Vigo ten posibilidades, de inversións nun hospital cunha inversión multimillonaria, dunha gran depuradora que nunca na historia os concellos pequenos recibirían esa subvención, ou de facerlle unha cidade da xustiza, ou de facerlle unha biblioteca do Estado, ou, facer aparcamentos con custe cero, ou facer complexos deportivos, de ocio, con custe cero, ou facer, por marquesinas con temas de publicidade nas rúas, con custe cero, incluso ingresando. Iso un concello pequeno é imposible, claro, a un concello de menos de 5.000 habitantes como se lle vai dicir que as marquesinas pois producen uns ingresos a través dun canon que iso vai dar rendabilidade para facer marquesinas para os autobuses. Non, terán que coller ir ó presuposto e dicir, Deputación me axudas con quince, vinte, trinta mil euros para facer isto, porque senón é imposible. E iso é o que temos que empezar a facer, os responsables políticos, pensar noutra forma de xestionar, non esperar, claro, se alguén intenta traer un gran centro comercial ou un Ikea, e resulta que nadie lle pon os terreos a disposición, durante máis de oito anos esperando, pois claro, ¿que significa iso?, pois, ó mellor unha inversión de trinta ou corenta millóns de euros, ou cincuenta, ou sesenta, pero a maiores significa, emprego, que os plans de emprego ó final non deixan de ser maquillaxes a curto prazo, para resolver problemas que non son a medio e a longo prazo. ¿Onde se resolven os problemas a medio e longo prazo?, cando hai inversións diso, claro, eu sinto envidia de que unha compañeira nosa, unha alcaldesa como é a de Mos, ou concellos como o de Porriño, ou outro tipo de concellos, pois, están inversións multimillonarias que significan xeración de emprego, ou, ¿o emprego só o dan as administracións?, e estes plans de emprego de oito ou nove, se é insuficiente os nove millóns de euros que aquí temos, non serían suficientes todos os cartos que hai no presuposto municipal para resolver este tema, claro, entón, temos que buscar outro tipo de inversións, e ese é o debate que temos que facer, ó mellor temos que ter altura de miras e empezar a facer ese debate, non o debate de, “la Diputación no me ayuda porque la Diputación discrimina”, non, a Deputación axuda a intentar reequilibrar esa diferenza que hai entre os grandes concellos e os pequenos concellos. E eu creo que ese é o debate que seguramente se ten que producir, presupostario ou cando vostedes consideren oportuno, nós dende logo o temos moi claro, eu, polo menos, cando tiven responsabilidades no concello de Vigo así o fixen ou así o fixemos, dando exemplos claros, se fixeron aparcamentos con custe cero, hoxe, eses aparcamentos e as humanizacións se poñen como exemplo do que se fixo en Vigo, por exemplo, a Rúa Urzaiz. A Rúa Urzaiz hai un aparcamento debaixo de trescentas cincuenta prazas, custou cero euros, pero custou tamén cero euros a humanización. Hai dous complexos de piscinas, deportivos, de ocio, na cidade de Vigo, que dan cobixo a máis de trinta mil persoas ó ano e teñen máis de douscentos postos de traballo, pois, o custe foi cero, e iso é o que temos que facer, e non esperar que papá administración nos dea os cartos para intentar resolver os problemas. Eu creo que ese, dende logo, é o debate, por iso, bueno, pois ás veces nos quedamos nas cifras concretas e non, seguramente, na filosofía e no contido do que temos que intentar facer de cara ó futuro. Eu creo que, bueno, está bastante debatido este tema, perdóenme pola introdución deste novo elemento de debate, pero eu creo que é necesario, é totalmente necesario, temos que empezar xa as grandes cidades a mirarnos ó embigo, de como xestionamos os recursos e de que tipo de ingresos podemos ter adicionais independentes das administracións convencionais ou da forma convencional de ter eses ingresos. Eu creo que esa é a fórmula, a fórmula que temos que aplicar de cara ó futuro para intentar tamén manter un equilibrio entre os pequenos concellos e os grandes concellos da nosa provincia. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Dicir a verdade non é ningún, non hai que pedir perdón, en todo caso hai que alabar esa boa xestión. ¿Verdade Sr. Mosquera?. ¿Quere intervir?. Si. Ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, o discurso do Sr. Figueroa é complicado, empeza por un lado dicindo que o Plan de emprego é marabilloso e, por outro lado, remata dicindo que non hai que fiar nada aí senón que hai que ir por outra vía, a vía da liberalización absoluta. Bueno, está ben, un quéntase e demais, e segue, sáelle o seu discurso así, floreado, ¿verdade?, que, evidentemente, habería que discutir moitísimo disto, obviamente, estes recursos, se lle esqueceu, e despois teremos ocasión de falar disto, cando sexa o do lixo, o servizo provincial de lixo, se lle esqueceu dicir que tamén temos situacións como esta do Depardieu, ¿non?, ou sexa, que se marchou a Bélxica, ¿non?, hai concellos, é dicir, un cidadán que vive nun concello igual paga de taxas, servizos e demais, o que sexa, e no do lado, no do lado paga a metade, a cuarta parte, despois non hai recursos. Bueno, podíamos levar este razoamento ata o infinito, pero hai un par de cuestións que si que citou e que non, vamos, que queríamos facer fincapé, a primeira, é dicir, moi ben iso dos concellos, pero resulta que os feitos son en dirección contraria, xa o discutimos, é dicir, as transferencias ós concellos, tanto de capital como de gasto corrente, son practicamente nulas, practicamente nulas nesta casa, nulas, chegaron a ser sesenta millóns de euros e deben estar en un e pico, en un e pico, ou sexa que, é xusto o contrario do que di. E, en segundo lugar, porque tamén foi unha emenda que presentamos no debate, é dicir, que era, bueno, que Pontevedra e Vigo, vamos, que como están fóra deses plans, pois se lle fixera algún tipo de convenios á parte, bueno, dicir que, alegrámonos, de cando menos, pola parte de Pontevedra iso, en principio, está resolto, está resolto. Hoxe foi, ás Comisións de Goberno e ás Xuntas de Goberno da Deputación e do Concello, un convenio para que a Deputación, e non é a que máis pon, pero bueno, xestiona e faino para iniciar a execución da ronda, o tramo este entre Juviol e Príncipe Felipe, ¿non?, cousa que en certo modo está subsanado. É que ás veces os debates dos orzamentos e outro tipo de xestións, pois, para algo serven, cousa que nos alegramos e nese sentido, pois, está subsanada, agardemos que se asine o antes posible, aínda que as datas son complexas, e polo tanto, estaría resolto esa parte, digamos, esa emenda que se presentou, que vostedes non aceptaron no orzamento. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, gracias de novo Presidente. Bueno, o Sr. Figueroa, Portavoz do Partido Popular, para non falar dos presupostos falou de todo, de todo menos dos presupostos da Deputación, e dende logo, nós, insisto, nos ratificamos no que expuxemos no Pleno de aprobación provisional e no que manifestamos aquí. Vostede non contestou a ningunha das preguntas, e o que din as alegacións de Comisións Obreiras, que lin, son textuais, aí están, non son, e o din quen coñecen ben esta casa, que están aquí a traballar e a desenrolar tamén a súa acción sindical todos os días. Claro, a min me sorprendeu moito cando vostede tacha os Plans municipais de emprego de maquillaxe, ou sexa, que por un lado é algo moi bo, agora é unha maquillaxe, eu creo que debe pensar un pouquiño máis cando resposta a estas cousas. E eu non vou a falar de Vigo, eu sei que vostede ten necesidade de falar de Vigo aquí porque está promovendo a súa candidatura á alcaldía desa cidade. Eu non vou ós Deputados e Deputadas deste Pleno, nin a dicirlle que o que vostede dixo é correcto ou incorrecto, que é verdade ou que falta á verdade, porque non estamos aquí para torturar ós nosos colegas, para falar dun concello determinado cando non ten nin obxecto sequera, nin obxecto, eu recoñezo que vostede si para promocionar a súa candidatura. Polo tanto, cremos que vostedes podían facer uns presupostos mellores para esta provincia, para os veciños e veciñas da provincia de Pontevedra, e nin tendo tempo, coas alegacións que lle fixemos os grupos políticos, nin agora coas alegacións que lle fixeron outras entidades, pois, non tiveron nin sequera a ética de recoller algúns deles que seguro que os mellorarían. Por certo, en Vigo, no ano 2012, oito millóns trescentos mil euros para trescentos mil habitantes de Plan de emprego, e vostede nos presupostos son sete millóns trescentos corenta e dous mil quiñentos trinta e nove, non nove millóns, Sr. Figueroa. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias D. Santos Héctor. Bueno, pois vamos a proceder en todo caso á aprobación definitiva do Orzamento xeral da Deputación provincial para o exercicio do ano 2013. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Corporación Provincial en sesión extraordinaria celebrada o 5 de decembro de 2012 acordou a aprobación inicial do orzamento xeral da Deputación provincial de Pontevedra para o exercicio 2013. Ditos orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 112 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, quedaron expostos ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días, no Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra. Resultando que no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 235 de data 7 de decembro de 2012, inseriuse edicto relativo a exposición pública do citado orzamento, e que o prazo para efectuar reclamacións rematou o día 27 de decembro de 2012. Resultando que mediante escrito presentado no Rexistro Xeral desta Deputación Provincial o 21 de decembro 2012 con número de entrada 37513, a Sección Sindical do Sindicato Comisións Obreiras na Deputación de Pontevedra formula, en tempo e forma, as seguintes alegacións ó Orzamento Provincial do ano 2013: - Crear emprego estable en sectores produtivos para atender necesidades básicas das persoas, de forma coordinada cos concellos respecto a comedores sociais, axudas directas a familias con carencias, atención de nenos con problemas… e unha aposta polo emprego e a economía produtiva a través dun proxecto de arrendamento de terras e montes abandonados sen explotar, para impulsar o cultivo racional e persoal da terra e a transformación en enerxía, mediante unha planta de biomasa que aproveite desbroces e restos agrícolas. - Contratar persoal laboral segundo a carga de traballo dos Centros e Servizos da Deputación, e non en función das prioridades políticas en razón de veciñanza, familiaridade ou dependencia partidista. - Destinar gasto corrente a gasto social. Propoñen que a cantidade consignada para gastos correntes se invista en axudas directas ás familias que están malvivindo nestes momentos, que lles supriman as subvencións a asociacións privadas, e que se concedan a asociacións sen ánimo de lucro que axudan a través de comedores, vestiario ou atención de familias necesitadas. - Elaborar Organigramas funcionais e Guías de funcións, ante a falta de previsión e por non destinar o tempo necesario a negociar e definir o organigrama de funcionamento, dependencias xerárquicas e funcións. - Revisar o Catálogo de Postos para evitar agravios comparativos a nivel salarial ante identidade de funcións. - Executar as obras prioritarias en función das necesidades, tales como o arranxo das escaleiras de incendios ou a compra do autobús. - Elaborar un proxecto global de centro e proxecto educativo en Príncipe Felipe. Neste senso poñen en cuestión o Centro de día, propoñen a creación dunha Escola de Pais, e pregúntanse polas cantidades destinadas á instalación de bungalows na Lanzada. - Revisar o Convenio de Colaboración subscrito coa Consellería de Traballo e Benestar e esixir contrapartidas en función do desembolso económico formulando propostas concretas. - Destinar maior consignación no Parque de Maquinaria para a compra, reposición de maquinaria e vehículos. - Contemplar os cambios de adscrición de postos de traballo, de Servizo ou Centro, que non se recolleron na Relación de postos de traballo. - Maior motivación nas modificacións de complementos de destino, (Conserxería, RR.HH., Sede de Vigo), traslados a posto e praza de superior categoría sen convocatoria nin proceso selectivo (arquitecto técnico de mantemento en infraestruturas e xefe de servizo de TIC), sen pasar pola mesa de negociación nin levalo a ningunha Comisión paritaria mixta. - Maior motivación na creación dunha praza en RRHH con dedicación, nivel 26, e na creación dun posto de técnico de administración nivel 25 en Intervención. - Revisar o catálogo de postos de traballo do ORAL e Vías e Obras. - Revisar o complemento de responsabilidade e especial dificultade técnica dos delineantes. - Convocar a provisión do posto de traballo de Xefe de Servizo de Contratación. - Suprimir as asistencias a tribunais dentro da xornada laboral. - Destinar a cantidade consignada en horas extras á creación de emprego. Resultando que, no mesmo escrito presentado no Rexistro Xeral desta Deputación Provincial o 21 de decembro 2012 con número de entrada 37513, a Sección Sindical de CCOO formulou, en tempo e forma, as seguintes alegacións ó Orzamento Provincial do 2013, con respecto á relación de postos de traballo do Museo Provincial de Pontevedra: - Manter o posto de Secretario Técnico, que realizará funcións de colaboración co Director Técnico e se ocupará da coordinación da difusión cultural e das publicacións do Museo. - Cobertura dos postos de persoal laboral fixo vacantes con contratos de interinidade. - Cobertura da previsión de contratados laborais temporais. - Ampliar a duración dos contratos dos postos de Conservador-restaurador, un por 12 meses e outro por seis meses. - Ampliar a duración do contrato temporal do administrativo e auxiliar de 6 a 12 meses. - Revisar a guía de funcións do Museo Provincial e modificar os postos de traballo de Director Técnico, Director de Xestión, Coordinador de exposicións e actividades, Xefe de Sección de difusión e publicacións, Coordinador de difusión e textos didácticos, e Coordinador de publicacións. Resultando que, a proposta da Dirección de Infraestruturas, preveuse rectificar a denominación e funcións dunha praza vacante de delineante, por adecuación do contido e funcións ás necesidades do servizo, transformándose en Técnico auxiliar de proxectos, todo isto ó amparo do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Resultando que, a proposta da Dirección de Xestión do Museo Provincial e por erro na documentación que obra no expediente, procede rectificar a denominación do posto de traballo laboral fixo de coordinador de difusión e textos didácticos, polo de coordinador de difusión e contidos divulgativos, por adecuación de funcións e ó amparo do referido artigo 105.2 da Lei 30/92. Resultando que, por erro na documentación que obra no expediente, procede modificar a denominación do posto de traballo laboral fixo de Conservador Coordinador de exposicións e actividades adscrito ó Servizo de Cultura, por Conservador Coordinador de exposicións e actividades culturais. Considerando que a reclamación formulada pola Sección Sindical do Sindicato Comisións Obreiras na Deputación de Pontevedra, non se fundamenta en ningunha das causas contempladas no artigo 170.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 22.2 do Real decreto 500/90, do 20 de abril, polo que se desenvolve o capítulo primeiro do título VI da Lei 39/88. Considerando o previsto no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, polo que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Visto o informe sobre ditas reclamacións de data 27 de decembro de 2012 emitido pola Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación co conforme do Sr. Interventor. O Pleno, en virtude das atribucións que lle confire a artigo 33.2 c) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: PRIMEIRO: Desestimar a reclamación efectuada pola Sección Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) da Deputación de Pontevedra, de data 21 de decembro de 2012, contra o acordo de aprobación inicial do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2013, que tivo entrada no Rexistro Xeral o día 21 de decembro de 2012 co número 37.513 de entrada, por non concorrer ningún dos motivos de impugnación que contemplan os artigos 170.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e 22.2 do Real Decreto 500/90, do 20 de abril polo que se desenvolve o capítulo primeiro do título VI da Lei 39/88. SEGUNDO: rectificar a denominación dos seguintes postos de traballo, sen que isto afecte ó montante global do orzamento: - Unha praza vacante de delineante pola de Técnico auxiliar de proxectos, do mesmo grupo e nivel, sen variación económica algunha. - O posto de traballo laboral fixo de coordinador de difusión e textos didácticos, polo de coordinador de difusión e contidos divulgativos, sen variación económica algunha. - O posto de traballo laboral fixo de Conservador Coordinador de exposicións e actividades adscrito ó Servizo de Cultura, polo de Conservador Coordinador de exposicións e actividades culturais. TERCEIRO: Aprobar definitivamente o Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2013, que comprende: -O Orzamento da Deputación, por importe de: 148.449.227,00 Euros -O Orzamento da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, por importe de: 476.600,00 Euros -O Orzamento Xeral consolidado, por importe de: -En Ingresos: 148.552.227,00 Euros -En Gastos: 148.552.227,00 Euros -Apróbanse as Bases de Execución do Orzamento Xeral da Deputación, e as específicas da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o organigrama da Deputación e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbanse os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral da Deputación, e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o Anexo de investimentos para o exercicio 2013. -Apróbase o marco orzamentario a medio prazo 2013-2015. -Apróbase a regra e límite do gasto para o exercicio 2013. -Apróbanse os resumos por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos do orzamento indicado, que son os seguintes: A. ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 Gastos de persoal 42.272.634,00 € 2 Gastos correntes en bens e servizos 28.120.599,00 € 3 Gastos financeiros 1.731.019,00 € 4 Transferencias correntes 16.572.571,00 € 5 Fondo de continxencia e outros imprevistos 1.200.000,00 € Total Operacións correntes 89.896.823,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 Investimentos reais 37.917.304,00 € 7 Transferencias de capital 3.850.619,00 € 8 Activos financeiros 1.872.404,00 € 9 Pasivos financeiros 14.912.077,00 € Total Operacións de capital 58.552.404,00 € TOTAL ORZAMENTO 148.449.227,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 Impostos directos 10.948.521,00 € 2 Impostos indirectos 10.386.449,00 € 3 Taxas, prezos públicos e outros ingresos 9.739.557,00 € 4 Transferencias correntes 109.824.101,00 € 5 Ingresos patrimoniais 2.190.551,00 € Total Operacións correntes 143.089.179,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 Alleamento de investimentos reais 1,00 € 7 Transferencias de capital 4.052.596,00 € 8 Activos financeiros 1.307.451,00 € Total Operacións de capital 5.360.048,00 € TOTAL ORZAMENTO 148.449.227,00 € B. ORZAMENTO DA FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 Gastos de persoal 426.600,00 € 2 Gastos correntes en bens e servizos 46.900,00 € 3 Gastos financeiros 100,00 € Total Operacións correntes 473.600,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 Investimentos reais 3.000,00 € Total Operacións de capital 3.000,00 € TOTAL ORZAMENTO 476.600,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES 3 Taxas, prezos públicos e outros ingresos 100.000,00 € 4 Transferencias correntes 370.600,00 € 5 Ingresos patrimoniais 3.000,00 € Total Operacións correntes 473.600,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 7 Transferencias de capital 3.000,00 € Total Operacións de capital 3.000,00 € TOTAL ORZAMENTO 476.600,00 € C. O ORZAMENTO CONSOLIDADO ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 Gastos de persoal 42.699.234,00 € 2 Gastos correntes en bens e servizos 28.167.499,00 € 3 Gastos financeiros 1.731.119,00 € 4 Transferencias correntes 16.201.971,00 € 5 Fondo de continxencia e outros imprevistos 1.200.000,00 € Total Operacións correntes 89.999.823,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 Investimentos reais 37.920.304,00 € 7 Transferencias de capital 3.847.619,00 € 8 Activos financeiros 1.872.404,00 € 9 Pasivos financeiros 14.912.077,00 € Total Operacións de capital 58.552.404,00 € TOTAL ORZAMENTO 148.552.227,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 Impostos directos 10.948.521,00 € 2 Impostos indirectos 10.386.449,00 € 3 Taxas, prezos públicos e outros ingresos 9.839.557,00 € 4 Transferencias correntes 109.824.101,00 € 5 Ingresos patrimoniais 2.193.551,00 € Total Operacións correntes 143.192.179,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 Alleamento de investimentos reais 1,00 € 7 Transferencias de capital 4.052.596,00 € 8 Activos financeiros 1.307.451,00 € Total Operacións de capital 5.360.048,00 € TOTAL ORZAMENTO 148.552.227,00 € /12 13:05:16 PÁX. 8.6307.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE SOBRE A MODIFICACIÓN DA LEXISLACIÓN HIPOTECARIA Sr. Presidente.- Punto número 8. Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista sobre a modificación da lexislación hipotecaria. D. Francisco Veiga, ten a palabra. Sr. Veiga Soto.- Moitas gracias. Bos días Sr. Presidente, señoras e señores Deputados. Co estalido da crise e o aumento do paro centenares e milleiros de familias chegaron a unha situación límite, que non lles permite cubrir as súas necesidades básicas. Segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, entre 2007 e 2010 producíronse no Estado español preto de trescentas mil execucións hipotecarias, e as previsións din que entre o 2011 e o 2012 pódese chegar á cifra de quinientas mil. Cando isto sucede, as familias non só se enfrontan á perda da súa vivenda senón tamén a unha condena financeira de por vida, gracias a unha Lei Hipotecaria condenada, por abusiva, pola Unión Europea, pola Xustiza europea e polas Asociacións de xuíces españoles. Esta lexislación que permite que as entidades financeiras se adxudiquen as vivendas polo 50% do valor da taxación, non só é anómala e non ten comparativa coas lexislacións doutros países, do noso entorno, senón que ademais era descoñecida polas familias cando asinaron os contratos hipotecarios, feito que se suma á publicidade enganosa coa que se comercializaron a meirande parte desas hipotecas. A sobrevaloración nas taxacións e a linguaxe de difícil comprensión utilizado nos contratos que, agora, se descobre que en moitos causas agochan todo tipo de cláusulas abusivas, como é o caso das cláusulas chan. Consideramos inadmisible e totalmente inxusto, que nun estado social e democrático de dereito todas as consecuencias da crise recaian sobre a parte máis vulnerable do contrato hipotecario e en cambio as entidades financeiras, en boa medida responsables da actual crise, estean a recibir axudas millonarias que saen dos impostos, sen ter que asumir ningunha responsabilidade ó mesmo tempo que seguen a devengar miles de millóns de beneficios anuais. Todo o aquí exposto vulnera o actual marco xurídico posto que o dereito á vivenda é un mandato constitucional, especialmente recollido no artigo 47 da Constitución Española que di, “Todos os españois teñen dereito a unha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo ese dereito”. Pero tamén no artigo 33 que limita, claramente, o dereito á propiedade privada ó cumprimento da súa función social, e que a día de hoxe estase incumprindo sistematicamente nas vivendas valeiras acumuladas por bancos e caixas. Ou, no artigo 24, que garante a tutela xudicial, vulnerados nos procesos de execucións bancarias onde se produce clara indefensión, así como os compromisos xurídicos en materias de dereito á vivenda asumidos polo Estado español, ó ratificar tratados internacionais vinculantes, como son, entre outros, a declaración universal de dereitos humanos, no seu artigo 25, e o pacto internacional de dereitos económicos, sociais e culturais, no artigo 11, especialmente a partires da súa observación xeral número 4, que concreta o contido do dereito a unha vivenda adecuada, e á observación xeral número 7, que define os desaloxos forzosos coma unha das principais vulneracións do dereito á vivenda. É certo que estamos falando dunha normativa de competencia estatal, pero cuxos efectos dramáticos se concretan non ámbito municipal, posto que ós concellos é a onde se dirixen, maioritariamente, as persoas e as familias afectadas en busca de axuda. Así, as entidades locais se converten en dobremente prexudicados, en primeiro lugar, porque se vulnera o dereito fundamental dos seus cidadáns, e en segundo, porque en pleno contexto de crise, cando os recursos son máis escasos que nunca, son os que reciben todas as peticións de axuda das persoas e familias con poucos ou ningún recursos. A perda da vivenda priva ó individuo ou á familia de toda residencia e á súa vez á ausencia de residencia exclúeos de toda vía administrativa, conlevando con iso a perda de dereitos impedindo á persoa afectada realizarse tanto profesional como familiarmente. Como consecuencia de todo o anterior dito, os desafiuzamentos, aínda máis cando supoñen o mantemento da débeda, conlevan altos niveis de dramatismo, inseguridade e desprotección das persoas. Por iso, propoñemos ó Pleno a seguinte Moción: Instar ó Goberno de España a que aprobe unha modificación da regulación hipotecaria que inclúa a figura da doazón en pago, de maneira que, nos casos da vivenda habitual, se o banco executa a hipoteca e se queda coa vivenda, a totalidade da débeda, hipoteca, intereses e costas xudiciais, quede liquidada. Instar ó Goberno de España a aprobar unha moratoria ou implementar as medidas necesarias para paliar e paralizar os desafiuzamentos das familias en situación de insolvencia, sobrevida e involuntaria. Para os milleiros de desafiuzamentos xa producidos, que se aprobe con carácter de urxencia, as medidas necesarias destinadas a que milleiros de vivendas valeiras, que están a acumular as entidades financeiras, como consecuencia deses embargos, sexan postos inmediatamente a disposición da familia desafiuzada e sen recursos, en réxime de aluguer, non superando nunca o 30% da renda familiar dispoñible. Máis alá das medidas de competencia estatal a Deputación de Pontevedra comprométese a cancelar as contas bancarias en entidades que executen un só desafiuzamento no termo provincial, a poñer a disposición dos afectados por execucións hipotecarias os servizos xurídicos desta entidade provincial; solicitar ós concellos da provincia a non autorizar a presenza da policía local en ningún acto de desaloxo por desafiuzamento, e a instar ós concellos ó realoxo digno das familias afectadas. E por último, dar traslado destes acordos ó Consello de Ministros, en especial ó Ministerio de Xustiza e ó Ministerio de Economía, así coma ós grupos parlamentarios no Congreso e no Senado, os do Parlamento de Galicia, así como á FEGAMP e a FEMP. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- O BNG, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas grazas. A ver, nós, os termos se podían perfilar e demais, vamos a votar a favor. En todo caso, alegrarnos profundamente de que, cando, do cambio de aptitude, que agardemos que tamén sexa do Partido Popular, dicimos isto porque a modificación da Constitución, precisamente, ía en sentido contrario, esa exprés que houbo no 2011, e cando se presentou algo similar no Congreso dos Deputados, foi por parte do BNG, pois houbo un voto dos dous partidos maioritarios en contra. Alegrámonos profundamente de que haxa este cambio de aptitude e, obviamente, nós vamos a votar esa moción, sen entrar en matices, se hai que ratificar ou modificar algún termo, iso da dación en pago pode, en certos casos, cando está moi avanzado o pago da hipoteca, pode ser incluso prexudicial para o propio propietario, etc. Pero bueno, sen entrar en todos eses matices imos a votar a favor. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Bueno, vamos a ver, agora hai un Real Decreto que está en vigor, é dicir, nós o que propoñemos, se queren chegar a un acordo, é intentar retomar o acordo da FEGAMP, que nos parece que sería oportuno, todos os compañeiros, tanto Bloque, PSOE, como Partido Popular, estiveron nesa reunión, fixeron unha declaración municipal contra os desahucios en toda Galicia, home, nós, senón teríamos que votar en contra, por diversas cuestións que matizaríamos, porque nos parece que facer unha moción para que despois non se poida cumprir, e a Lei Hipotecaria, sabemos a modificación o procedemento e o trámite que ten, e que dende logo, dende o Goberno de España, se estiveron tomando as decisións nos últimos meses, que non se tomaran ata agora, porque, bueno, pois aí tamén hai uns antecedentes, por que chegamos a esa situación, loxicamente, nós non queremos entrar niso, porque nos parece que sería oportuno que isto, bueno, saíra o espírito dende esta Deputación, dende esta casa, dun acordo dos tres grupos políticos que estamos aquí, temos matizacións distintas, eu non vou abrir ese debate, ou non vamos abrir ese debate agora mesmo, só se queren, loxicamente, e a nós nos parece que, bueno, hai unha declaración municipal contra os desahucios, firmada por todos os grupos políticos, que podíamos asumir todos. E eu creo que ó final, porque se entramos en cuestións particulares e concretas, bueno, pois hai matizacións, evidentemente, nós non vamos a abrir ese debate, hai unha declaración institucional, que se queren a podemos matizar, eu creo que non sería bo, sería bo, pois, apoiar esta declaración municipal que hai. Perdón, perdón. Sr. Veiga Soto.- Sr. Figueroa, a declaración que fai a FEGAMP paréceme moi correcta, e de feito aprobámola e votámola todos os grupos, pero é unha declaración xenérica, e o que precisamos nesta moción, o que precisamos no día de hoxe é acurtar máis as necesidades reais que ten esa modificación da Lei Hipotecaria, que é totalmente asumible e realizable. Houbo unha proposta feita polo Partido Socialista no Congreso e o Partido Popular para chegar a un acordo nesta modificación da Lei Hipotecaria, non foi posible, se chegou por parte do grupo de goberno á realización dese Real decreto de boas prácticas de cara ós desafiuzamentos e a Lei Hipotecaria, que é totalmente, non, ¿como lle diría?, é un parche, é un parche ese Real decreto, é un parche que o único que ten por intención é afloxar esa presión social, que estaban tendo o Grupo Popular no Congreso e nas diferentes entidades que goberna ou que preside, e o que pedimos dende aquí son medidas concretas para un colectivo, cada vez máis amplo, un colectivo que ten uns dereitos, non é caridade como practicamente se dirixe este Real decreto, no que, no momento, ata día de hoxe, creo que son 46 os casos que se acolleron a el, cando o Sr. Guindos falaba de que poderían ser sobre seiscentos mil, os casos afectados que se podían acoller a este Real decreto de boas prácticas. Estamos falando dun caso concreto, desafiuzamentos, que está afectando cada vez a unha parte máis importante da clase media, que non son só colectivos en risco de exclusión social senón que é un colectivo moitísimo máis amplo e que necesita dunha contestación, dunha modificación, inmediata desa Lei hipotecaria, desa dación en pago que, evidentemente, como dicía o Sr. Mosquera, habería que medir tamén nos diferentes casos, nas diferentes situacións reais de cada individuo, o que ten que afectar esa dación en pago, pero que dende o Grupo Socialista cremos que é necesario concretar, por iso creo que deberíamos dar un paso máis a esa declaración institucional que aprobou a FEGAMP e que aprobamos todos os grupos nese momento. Creo que debemos concretar, Sr. Figueroa. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Vamos a ver. Eu creo que hai unha concreción moi clara por parte do goberno, é dicir, vostedes estiveron gobernando ata hai un ano e estes casos estaban enriba da mesa e eran reais tamén, e non tomaron ningunha decisión, e non vou a entrar no debate de por que chegamos a esta situación, porque reabriríamos un debate que sería totalmente interminable, pero, o novo Goberno de España se encontra cunha situación real, que eu creo que non deberíamos utilizar a demagoxia ningún grupo político, nós non a vamos a utilizar, dende logo, pero dicirlle a uns señores que dende esta Deputación vamos a adoptar unha serie de medidas que despois sabemos que vai depender do cambio da Lei Hipotecaria, que ten uns trámites que, bueno, un procedemento longo, que, loxicamente, require, primeiro, consensos e acordos de todos os grupos políticos, que é o que está facendo o noso partido. O noso partido e o goberno afrontou xa varias veces no último ano esta cuestión, dende o código de boas maneiras, o Real decreto, tomou medidas concretas da paralización durante dous anos dos desahucios dos que máis o necesitaban; se creou un fondo social de vivendas de alquiler a prezos baixos, e ademais o goberno, bueno, pois invitou a todos os grupos políticos a facer, na tramitación parlamentaria, que non puido ser, pois chegar a acordos. E aínda así, están trasladando, a pesar da disposición e entrada en vigor deste decreto, dende o 15 de novembro, que teño aquí, pois, loxicamente, de buscar o máximo consenso posible. ¿Por que?, porque é un tema complicado, que non se debe utilizar a demagoxia, que podemos dar malas interpretacións a esas persoas, que xa teñen unha situación complicada, que poidan entender que, dende as administracións, estamos facendo propostas que despois non se poidan cumprir ou que non se vaian a cumprir, eu creo que aquí hai que buscar a efectividade, hai que buscar os casos reais, hai que intentar buscar solucións ós problemas reais, e non utilizar, nós dende logo non vamos a utilizar a demagoxia con este tema, e, volvo a repetirlle, podíamos reabrir este debate. ¿Que entendemos nós?. Que hai unha organización, unha Federación Galega de Municipios, que se reúne e que nos representa a todos, que tomaron unha decisión institucional. Eu creo que, dende esta Deputación, e nós dende logo é o que vamos a propoñer, que se apoie esa declaración institucional, e loxicamente, que se traslade o noso apoio para que a través dos nosos grupos parlamentarios en Madrid, que é onde teñen que tomar esa decisión, no Parlamento de España, de profundizar nos casos concretos e profundizar na tramitación da Lei Hipotecaria, que creo que é o que procede, porque ó final o demais son brindis ó sol, é dicir, podemos tomar aquí o acordo que queiramos, podemos falar de todos os casos concretos que coñezamos e que non coñezamos, pero ó final, ¿onde se ten que trasladar isto?, ó Parlamento. Eu creo que aquí, ¿que nos dá máis forza a todos?, sinceramente, e o digo sen ánimo de acritude nin de utilizar este tema, que, dende logo, ten que preocuparnos a todos, e buscar un acordo institucional, é dicir, dende a Deputación de Pontevedra, aprobamos ou apoiamos o manifesto que xa fixo a FEGAMP ou a FEMP, onde están representados os nosos tres grupos, e trasladamos ós nosos Grupos Parlamentarios, que ademais os temos os tres aquí, representantes en Madrid, de que intenten, bueno, pois, como me consta que están a facer, a min me consta persoalmente e políticamente, e a nivel de Deputación, e o propio Presidente, dos contactos que ten el, pois con altos cargos do noso partido, tanto en Madrid coma os nosos Parlamentarios, de que hai boa disposición por parte dos grupos políticos de intentar buscar acordos. Eu supoño que ó mellor non tiveron aínda oportunidade de concretar, pero eu creo que iso é o que deberíamos facer dende aquí, o demais, que é saír de aquí cunha proposta que saibamos que non se vai poder cumprir. Eu, dende logo, me sentiría moi defraudado se estivese na situación dalgunha desas persoas de que, unha institución como a Deputación de Pontevedra, tomase unha decisión e despois que a Lei non lle permitise cumprila ou que houbese outros mecanismos que privasen desa posibilidade e o sabemos que existe. Entón, eu creo que, home, a declaración institucional, apoio institucional, apoio a eses colectivos, a esas persoas, todo, facilidades, todas, eu creo que estamos todos en boa disposición, me dá a impresión, e o digo, porque son deses tema que, seguramente, como nos ten tan sensibilizados a todos, eu creo que incluso apartamos as nosas cores políticas, a nosa ideoloxía e a nosa forma, moitas veces, de plantexamentos incluso de partido e vai xa a nivel persoal. Eu creo que sería unha boa decisión, que entre todos, pois apoiásemos institucionalmente o que fixo a FEGAMP e o que fixo a FEMP. Si. Sr. Veiga Soto.- Sr. Figueroa, o que fixo a FEGAMP, como lle dicía, foi aprobado xa por todos os grupos políticos, está apoiado por todos, por todos nós, pero é que non hai nada da aprobación da FEGAMP que vaia en contra do que estamos pedindo nós agora, incluso, a FEGAMP, recórdolle, o que aprobou foi trasladar ós rexedores o seu respaldo inequívoco ante decisións e medidas que se están tomando, sempre dentro da legalidade e en aplicación do principio de autonomía local que recoñece explicitamente a Lei de Bases para frear os procesos de desafiuzamento nos concellos galegos. Asemade, instamos ó goberno de España á modificación da Lei Hipotecaria e da Lei de Enxuízamento Civil, así como á adopción doutras medidas que incidan nos desafiuzamentos da vivenda habitual. É que, ¿que é o que vai en contra da proposición que facemos nós aquí?, ¿que é o que non lle gusta desta moción?, ¿que é o que non se pode cumprir segundo vostedes?. Porque aquí estamos pedindo que se modifique a Lei Hipotecaria, tal e como pide a FEGAMP, que se apoie e se reforce as medidas que están facendo os concellos e que incluso se colabore con eles para facilitar o realoxo e medidas que poidan axudar ós desafiuzamentos e ós desafiuzados, e por outro lado, que a Deputación de Pontevedra, igual que fixeron moitos concellos, rompa relacións con aquelas entidades bancarias que leven a cabo un desafiuzamento na provincia. ¿Que é o que non se pode cumprir de aquí?, ¿cal é a demagoxia deste documento?, ¿que é o que vai en contra da proposición da FEGAMP?. Eu creo que nada, é que non son incompatibles, se está concretando máis, un pouco máis, si é certo, pero non fóra do aprobado polos grupos políticos no órgano de dirección da FEGAMP. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Isto é fácil, se votan as dúas e listo, e non seguimos dando voltas, e claro, se os autores da proposta a manteñen e demais. Nós non queremos cargar as tintas sobre este asunto nin entrar no fondo, sobre todo porque estamos así, como diría, que se en xuño do 2011 tratouse no Congreso a proposta nosa, se sacamos a argumentación que se dou alí por parte do PSOE e do PP, pois, realmente, quedamos cos ollos a cadros, ¿non?. Mire, non sei se en todo o Estado, fomos os primeiros que fixemos esta proposta, tamén somos conscientes das dificultades que ten, no seu momento non saíu adiante. Bueno, pois agora a retomamos, e quedan aí declaracións dos Portavoces dicindo, non, non, é que a dación en pago con carácter retroactivo pois sería, bueno, imposible, cunha inseguridade xurídica e non sei cantas cousas máis. Bueno, xa sabíamos que tiña esas dificultades, propuxémolo, votaron en contra, agora convertémonos a isto, á alegría e aleluia de que nos convertamos. Ben, teno que decidir o Congreso, ¿verdade?, e vamos, pois que o decida nos termos máis favorables no momento que sexa, é dicir, que non queremos entrar nos matices, por exemplo, non ter a conta bancaria nun banco porque faga iso, home, esa é unha medida claramente propagandística, está claro, que aquí resulta que un narcotraficante, convicto, declarado e confeso e na cadea, non paga a hipoteca porque non lle sae das narices, e lle embargan, e resulta que lle quitamos a conta dese banco, dese banco porque si, porque fixo un desafiuzamento así, sen matices, sen anestesia, a pau seco, pumba, ala, e quitamos a conta cando se cadra ese banco é o que mellores condicións nos está dando, digo, e a Deputación perde, pois o 1%, 2, ¿non?, da tesourería que teña alí, á parte de despois meter cartos para axudar a realoxar á familia do narco, que non pagou porque non lle saíu das narices. Bueno, home, a ver, vale, agora, por iso digo que se entramos en matices vamos a debater ata pasado mañá e ó final non vamos a arreglar nada. Hai un posicionamento de base, nós xa o temos fixado vía resolución e vía acordo e iniciativa en xuño do 2011 no Congreso, non saíu, nós seguimos coa mesma posición, vamos a votar a favor de calquera medida sen entrar a analizarlle as pulgas a cada unha porque todas teñen a súa complexidade, e sabemos, que propagandisticamente, “sacar as contas do banco”, fantástico, queda máis mono que pouco, bueno, e é unha boa medida, pero sen ningunha limitación, bueno, bueno, ¿non?, igual que outro tipo de acordos que haberá que afinar, ¿non?, e facelo, e facelo da maneira que sexa. Repetimos, non queremos entrar nos matices, a nosa postura está fixada hai moito tempo, hai moito tempo, e como hai ano e medio, antes, porque se presentou bastante antes, despois dun debate interno bastante longo, porque sabemos as complexidades que ten, obviamente tiramos por esa vía e vamos a seguir tirando e vamos a votar, entón, senón se quere, non sei se se pode presentar como emenda ou se vota a outra, bueno, que se vote unha e saímos disto, porque senón con isto si que podemos pasar ata o mes que vén, isto ten unha complexidade de coidado. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Sr. Mosquera, eu vou coller as súas últimas declaracións porque, sinceramente, sen ánimo de nada, me parece que é a liña correcta que temos que seguir todos, é dicir, é certo que vostedes presentaron unha proposta parlamentaria de modificación da Lei de Enxuízamento Civil en materia de execución hipotecaria, en xuño do ano 2011, que o Partido Socialista votou en contra, que nós nos abstivemos, si, nos abstivemos, téñoo aquí, nos abstivemos, e polo tanto, naquel momento, bueno, pois, xa se consideraba que había un problema. Nós non queremos reabrir este debate, este é un debate que eu creo que está en Madrid, me parece que está bastante ben enfocado, e o digo sinceramente, e incluso dos tres grupos políticos, eu creo que todos os grupos parlamentarios a nivel nacional. Bueno, pois, non xeremos aquí unha división nin un debate político innecesario, traslademos o apoio institucional á FEGAMP e á FEMP, e a partir de aí, que os nosos grupos parlamentarios, que cada un faga o seu traballo, que é o que temos que facer. Eu creo que todos estamos, sinceramente, coa vontade de resolver este problema, non é unha cuestión, xa, como outras, que pode haber diferenzas políticas. A min me parece que se sacamos de aquí un acordo de apoio á FEGAMP e á FEMP na liña do que os nosos grupos apoiaron alí, eu creo que reforzamos todos unha posición, despois, que cada un faga o seu traballo que temos que facer, a nivel parlamentario, temos representantes os tres grupos que estamos aquí, e, hai unha vontade por parte do goberno de España de chegar a un acordo, haina, se está intentando, supoño que ó mellor non foi posible ata agora, polas circunstancias que seguramente descoñezamos, pero, creo que todos estamos nesa liña. Sabemos que medidas concretas ou puntuais, como di o Sr. Mosquera, que se poidan analizar, pois todas poden ser demagóxicas e todas poden ter a súa parte a favor e todas a súa parte en contra. É o único que propoño e senón, bueno, pois, nós, dende logo, pensamos que esa é a mellor solución, unha declaración institucional de apoio, oe, e damos, tamén facemos o noso traballo, de apoio a unhas medidas que se teñen que tomar e que no Parlamento de España terán que poñerse de acordo todos os grupos parlamentarios, nós aquí podemos matizar, claro, despois veñen as matizacións, que se nun concello facemos unha cousa, que se noutro facemos a contraria, é dicir, eu creo que entre todos temos que ter un pouco de coherencia e este é un tema demasiado importante, demasiado grave para todos, que nos afecta a todos, que o sentimos todos, que temos unha percepción xeneralizada, eu o percibo entre todos os que falamos deste tema, cando falamos, é dicir, eu creo que non é un problema nin político, é dicir, eu creo que se nos prestamos todos e lle damos o apoio ás dúas medidas da FEMP e da FEGAMP, eu creo que, de verdade, que facemos un bo traballo, creo, sinceramente e honestamente o digo. E non me gustaría, Sr. Mosquera, só para matizar, que houbera dúas propostas, eu creo que sería bo sacar unha, oe, se temos os nosos grupos, se traballaron os nosos grupos tanto na FEGAMP como na FEMP, eu creo que o espírito témolo todos claro. ¡Ah!, perdón. Non estou acostumado. Sr. Veiga Soto.- Gracias Sr. Figueroa. Nada, o que lle ía dicir é que a declaración xa está feita pola FEGAMP e pola FEMP, e senón me contesta, senón me di que é o que non lle gusta da nosa moción, eu pediría a votación da moción, porque a declaración institucional xa está feita por parte do Consello de goberno da FEGAMP e da FEMP. Moitas grazas. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Si, ben, perfecto, vale, cada un ten a súa posición, nós vamos a propoñer que se apoie institucionalmente dende esta Deputación o acordo adoptado pola FEGAMP. Temos que votar as dúas. Pois votamos esta proposta. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos a favor. A proposta de declaración de apoio institucional á FEGAMP. O que pasa é que é unha contradición, pois vale, vostedes poñen a súa tamén a votación, vale. Todos a favor. E a del vótase. ¿Votos en contra?. Polos motivos que xa explicamos. ¿Abstencións?. E os demais a favor. O Pleno acorda por maioría de votos, en contra da moción, do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE sobre a modificación da lexislación hipotecaria. Así mesmo, o Pleno acorda por unanimidade, apoiar o acordo adoptado pola FEMP e a FEGAMP en relación coas medidas acordadas para mitigar os desahucios. 9.6308.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE SOBRE O REXEITAMENTO DO PROXECTO DE LEI DE TAXAS XUDICIAIS Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Pasamos ó punto seguinte. Outra Moción do Partido Socialista. Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE sobre o rexeitamento do proxecto de Lei de Taxas Xudiciais. Sr. Cacabelos. Sr. Cacabelos Rico.- Gracias Presidente. Bos días a todos e a todas. En primeiro lugar, bueno, estender a benvida ó Sr. Pérez Estévez, porque ademais somos compañeiros de comarca, benvido como Deputado. Respecto á moción das taxas xudiciais aclarar, tamén, que, bueno, esta moción foi presentada o 9 de novembro, van alá practicamente dous meses. Cando se tramitaba esta moción era un proxecto de lei, hoxe xa é unha lei publicada o día 21 de novembro no BOE. Así, pois, brevemente, explicar a exposición de motivos de por que presentamos esta moción dende o grupo provincial, porque esta lei ten, ó noso entender, dúas novidades importantes, e ademais son dúas novidades que nós calificamos como negativas, e que fan a presentación desta moción e o rexeitamento da lei tal e como está aprobada e tal e como está redactada. Estas características son, en primeiro lugar, a extensión do pago da taxa xudicial a toda persoa física e xurídica, insisto, toda, toda persoa física e xurídica vai ter que pagar estas taxas, e ademais, hai outra característica importante que é a extensión a todo o ámbito xurisdicional, tanto no civil, no contencioso-administrativo, como no social, novidade importante e tamén negativa. Así pois, estas dúas características, a groso modo, que avaliamos desta nova lei, pois, fan o posicionamento que hoxe defendemos aquí con esta moción. E as razóns, ademais, por que se aplican estas taxas, por que se fan estas extensións, que toda persoa física ou xurídica teña que pagar estas taxas, bueno, pois o Partido Popular, e moi concretamente o Ministro, Sr. Gallardón, e eu me quero referir e centrar a miña exposición no Sr. Gallardón, porque considero, podo estar errado, pero considero que hai moita, moita xente do Partido Popular que non comparte a aprobación desta lei, que non comparte o establecemento destas taxas, penso que é unha idea de cabezonería do Sr. Gallardón, pois, as razóns que nos ofrece o Sr. Gallardón, primeiro, son recaudatorias, de afán recaudatoria, que como toda taxa, pois, conleva. Que aquí mesmo xa entra nunha propia contradición, e non vou a abrir un debate técnico, que sería interesante, e imaxínome que nos estamentos técnicos-xurídicos xa se está levando adiante, que sería a contradición que fai que toda taxa ten que financiar un servizo, pero que a propia lei vincula a taxa á existencia da xustiza gratuíta, a existencia da xustiza gratuíta está exenta de taxas por ser gratuíta, e polo tanto, o suxeito pasivo vai pagar unhas taxas dun servizo que directamente non se lle está dando, e o que si fai é dificultar un dos dereitos fundamentais da Constitución como é o acceso á tutela xudicial efectiva, é dicir, o acceso que todo cidadán temos dereito a unha xustiza. Pero, a realidade da aplicación desta taxa nos leva a que se aplica a cuestións xurídicas tales como despidos laborais, disputas sobre herdanzas, divorcios, débedas, de aluguer ou de facturas, multas de tráfico, e se me permiten poñer algún exemplo, unha multa de tráfico cunha sanción económica de 100 euros require para reclamar unha taxa de 200 euros, de perogrullo, ¿quen vai a reclamar pagando unha taxa de 200 euros para reclamar unha multa de 100 euros?, porque ademais as taxas non son recuperables. Isto nos leva a un primeiro perigo que é abuso de poder, multas de tráfico, 100, 200 e 300 euros, e para reclamalas teño que pagar unha taxa dunha contía superior; ou unha recadación dunha débeda pequena, por impago, que se establece unha taxa mínima de 100 euros, e dependendo do importe que se está a reclamar pois pódese incrementar, polo tanto, pode dar tamén un incremento da morosidade; por poñer outro exemplo, un provedor que teña un impago dunha administración local, e aquí hai varios alcaldes e creo que saben do que estamos a falar, pois un impago da administración local, como a administración local está exenta de taxas, a administración local non vai ter problema para recorrer pero o provedor para solicitar o pago desa débeda vai ter primeiro que pasar por caixa. E xa non falamos de recursos de apelación, é dicir, hai unha variabilidade dun pago mínimo de 100 euros ata máis de 1000 euros de pago de taxas, con incrementos en algúns dos servizos, nalgunhas das taxas das contías, incrementos do 167%. E, así pois, non se xustifica a nivel recaudatorio e a realidade é que temos unha taxa máis, outra máis, aplicada polo Partido Popular, que era o gran defensor da non subida de impostos, así nolo vendeu durante a campaña electoral do ano 2010, de fai un ano e pico, e agora vemos que “donde dije Diego digo Diego”. Pero, ademais tamén, o Sr. Gallardón xustifica a aplicación destas taxas para aliviar a saturación dos xulgados. Parece ser que a asociación maioritaria dos xuíces llo había solicitado, a aplicación dunha taxa. Hoxe vemos que o gran mérito desta lei, que acaba de ser publicada, como dicía antes, o 21 de novembro, polo tanto leva apenas un mes, o gran mérito desta lei ó cal hai que felicitar e darlle parabéns ó Sr. Gallardón é que por primeira vez, creo eu, na historia recente da democracia española pon de acordo a todos os estamentos xudiciais deste país, do Estado, Consello Xeral do Poder Xudicial, ás Asociacións de Xuíces, Consello de Estado, Colexio de Avogados, funcionarios xudiciais e incluso tamén pon de acordo ó Ministerio Fiscal, cando todos sabemos que o Ministerio Fiscal está nomeado polo Goberno. Polo tanto, todo o estamento xudicial rexeita, frontalmente, a aplicación desta lei, así pois, que ese segundo argumento de xustificación da aplicación desta lei, pois tampouco se sostén porque os propios encargados de administrar e de combater a saturación dos xulgados estana rexeitando de fronte. Polo tanto, a única xustificación que lle podemos outorgar é o encabezonamento do Sr. Gallardón, por cuestións puramente ideolóxicas, porque o que estamos contemplando neste ano de goberno do Partido Popular, é que todo o que ten que ver con dereitos públicos, con servizos públicos, lle xera alerxia, e polo tanto, é unha privatización máis dun dereito fundamental como é o acceso á tutela xudicial, como é o acceso a defender os teus dereitos á xustiza. Por iso non podemos compartir o establecemento desta lei e por iso propoñemos o rexeitamento desta Lei de taxas, porque, incluso, ademais, a realidade é que a aplicación da propia taxa nos seus primeiros días, semanas, foi calificada por todos de auténtica chapuza. Polo tanto, consideramos que é unha lei inxusta, que rompe a equidade, que non defende a igualdade que unha sociedade ten que ter, un dos pilares dun estado democrático como é o estado de dereito, acceso á defensa dos teus dereitos, da xustiza, e como todos sabemos un poder, o poder xudicial. Todo isto se derrumba con esta lei, sen xustificación, porque todas as xustificacións que nos están trasladando, pois, se van desmontando e que, como dicía anteriormente, consegue a unidade de todo o estamento xudicial para rexeitala en todo o seu ámbito. Así nós propoñemos na moción o rexeitamento, hoxe, xa, da lei de taxas por vulnerar os dereitos fundamentais de tutela xudicial e efectiva, e o principio de igualdade dos cidadáns; solicitamos, cousa que nos parece a día de hoxe practicamente imposible, que o Ministro de Xustiza, o Sr. Gallardón, ceda, se sente a dialogar e faga unha modificación da lei que podamos entre todos os grupos políticos acordar. Así mesmo, propoñemos dar traslado deste acordo, a súa toma en consideración, ó goberno de España e ós grupos políticos no Congreso e no Senado. E dende logo, eu, polas declaracións que estamos lendo nos medios de comunicación, de moitos políticos, xa non no estamento xudicial, senón políticos, incluso do Partido Popular, solicitaría, moi especialmente, de todos os compañeiros Deputados, pero moi especialmente do Grupo Popular, que tiveran a ben aprobar esta moción para dicirlle ó Sr. Ministro, paremos aquí, paralicemos esta lei, modifiquemos esta lei e busquemos un acordo global, que faga que o estado de dereito e a defensa dos intereses e o acceso á tutela xudicial, efectiva, xa non falo da xustiza gratuíta, sexa realmente un dereito e se aplique en igualdade de condicións para todos os cidadáns. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moitas gracias. ¿Intervencións?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias. Eu cando é este tipo de mocións, que nós tamén ás veces as traemos, a min sempre se me ocorre, sempre se me pasa pola cabeza a idea esta de que as administracións locais pois temos que entender da política mundial, da europea, da estatal, da autonómica e máis da local, ó revés nunca sucede, evidentemente, nunca sucede, é impresionante ver no Congreso dos Deputados ou incluso na Administración Central, que nin se enteran de como funciona, nin se enteran de cómo funciona a Administración Local, que non funciona igual que o resto. Obviamente, eu creo que aquí hai un problema grave, indo ó fondo do asunto, moi brevemente, hai un problema gravísimo, gravísimo, que se está traducindo e vai ter moita máis repercusión, o que está sucedendo todos os días con concentración de funcionarios da Administración de Xustiza, etc., do que vai ter aquí, pero bueno, hai un problema grave, grave, grave, que unifica a case todo o mundo, que vai ter unhas repercusións, unhas repercusións enormes, enormes, se é que segue tal e como está, e veremos, incluso, … no tema de repercusións, que consegue o efecto contrario do que persegue, pero en plan, en plan duro, a Xustiza ten moitas pero moitas vantaxes, é certo que se poden entender, que igual hai demasiada carga ou o que sexa, pero esa carga supón, digamos, válvulas de escape, supón válvulas de escape, cortar estas válvulas de escape para a conflictividade que haxa, de todo tipo, pode buscar outros cauces realmente moito peores e moito máis fastidiados e ó final moito, moitísimo máis custoso. A nós recórdanos isto, aquilo que sucedeu, un tal Matanzo, tamén de orixe de Madrid, algúns igual vos acordades, que era aquilo de multar ós drogadictos, multar ós que fumaban por alí, e ademais que o PP quixo estender a outros lados e que ó final, pois, creou un problema moito peor do que había, son destas arroutadas, así, ¿non?, autoritarias e fóra de lugar, cunhas consecuencias penosas e que, creo que todo o sector e toda a sociedade o está vendo así, que, en fin, aquí podemos tamén aportar o noso gran e ter a nosa opinión, ¿non?, a opinión nosa, evidentemente, que é un disparate, dende logo por bastante menos outros Ministros teñen chimpado, parece que Gallardón debe estar blindado, por compromisos que terá con Mariano Rajoy ou o que sexa, porque poñer, sublevar a todo un sector, tradicionalmente bastante pacífico, de orden, ¿verdade?, pois ten o seu mérito, o seu mérito negativo ben, ben elevado, e incluso sublevar a gran parte do PP, porque polo que se ve todos os días tamén os está sublevando. Xa digo, vamos a votar a favor da moción. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Bueno, por parte do noso grupo, eu creo que hai un debate aberto e houbo sempre sobre a reforma da Administración da Xustiza, e creo que non se tomaron medidas, non se tomaron medidas durante moito tempo, e agora, bueno, pois hai que tomar decisións e hai que tomar decisións, e hai un Goberno que cre que é necesario que se poidan tomar esas decisións, e hai un Ministro que creo que está intentando, intentando, na medida das súas posibilidades, empezar a adoptar medidas para que a Administración de Xustiza, pois, mellore, mellore tanto en infraestruturas como en medios, como na toma de decisións. E un Goberno está para tomar decisións, seguramente, ó mellor o máis doado e máis tranquilo, e que seguramente xeraría menos problemas, tanto ó propio Ministro como ó Goberno, pois é non mudar nada, non tomar ningunha decisión, continuar como estamos ata agora, e a partir de aí que se produzan as críticas ou que cada día a Administración, pois, se quede atrás, quede máis obsoleta, quede sen medios, sen infraestruturas, e bueno, pois, seguramente, iso poida ser unha opción, unha opción que, loxicamente, nós non compartimos. E non compartimos porque todos sempre debatemos este tipo de reformas e sobre todo a Administración da Xustiza, e se nos escoitou, se nos escoita a moitos dos nosos compañeiros, falar de eficacia, falar de racionalización, falar de reducir os litixios abusivos que había, garantizar unha resposta áxil, é o que pretendemos e o que se pretende, e eu creo que, bueno, pois ese é o obxectivo, e sempre encadrado dentro duns criterios de coa Xustiza, financiar esa Xustiza que todos queremos gratuita. E creo que eses son os obxectivos que persegue o Ministro, o Ministro Gallardón e o Goberno de España. E niso se está a traballar, e eu creo que ás veces, tamén, estas medidas que a curto prazo poden non ser ó mellor as que todos pretendemos ou desexamos, pero a medio e a longo prazo estamos totalmente convencidos que darán os seus frutos, darán os seus frutos porque hai un traballo técnico, porque hai un traballo político, porque hai unha serie de estudos, que aconsellaron tomar estas decisións e que, evidentemente, teño aquí unha documentación moi exhaustiva desta moción, que, loxicamente, como comprenderán, non creo que sexa o momento ó mellor, neste Pleno, de trasladar. Pero, eu creo que ás veces, pois, tanto os cidadáns, os veciños e veciñas, pois, teñen tamén que coñecer por que se chega á toma destas decisións, ¿por que?, ¿cantos casos hai de cada circunstancia?, etc., etc., de cada departamento, é dicir, ¿cómo se están configurando os procedementos administrativos dentro da Xustiza?, ¿as informatizacións?, bueno, ¿as postas en marcha de novas tecnoloxías?, é dicir, eu creo que, bueno, que hai un debate aberto, eu creo que hai unha postura valente dun Ministro que quere cambiar, quere cambiar e quere que o que sucedeu ata agora, pois, se mellore. E esa é a vontade e dentro desa vontade quen marca o espírito destas reformas, e, volvo a repetir, eu creo que se está intentando buscar a máxima eficiencia buscando a racionalización e buscando, pois, unha mellora dentro da Administración de Xustiza. Eu creo que, que bueno, non me vou a estender máis, porque xa miro que total non me están facendo moito caso, e os meus compañeiros, como este tema o estudamos e o debatemos, pois xa coñecen cales son os argumentos. Polo tanto, Sra. Abelairas, moitas gracias, Sr. Cacabelos, eu creo que se lle vale a miña resposta, senón profundizaremos moito máis no tema se se considera oportuno. Nós vamos a votar en contra como xa vostede prevía, ¿non?. Sr. Cacabelos Rico.- Si, gracias. Moi brevemente. Permítame, mire, verdadeira chapuza tanto en su concepción como en su desenvolvemento, ataque ó Estado de dereito, Presidente do Consello Xeral da Avogacía Española, Presidente do Tribunal Supremo e do Consello do Poder Xudicial, dificilmente explicable véndose afectada a tutela xudicial, Decano do Colexio de Avogados de Santiago, coñecedor do Partido Popular, Evaristo Nogueira, exsenador do Partido Popular; rancia, vulnera o dereito da tutela xudicial efectiva, critica a falta de receptividade do Sr. Gallardón, e aquí hai outra do 23 de novembro de 2012, nos medios de comunicación, na práctica xudicial podíase reflexionar sobre a proporcionalidade das taxas no futuro. Hai determinadas taxas nesa lei que deberían ser reconsideradas, no seu volume, no seu importe, na súa contía, que é o que vimos reclamando, estas declaracións as fai o Sr. Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia. Polo tanto, eu lles convido e lles plantexo que apoien, porque sei que queren apoiar, porque saben que esta taxa é inxusta, ademais é unha taxa que afecta directamente ós cidadáns, a todos os cidadáns, con esta nova lei, porque ademais ten características perniciosas no sentido de que un particular ou un pequeno empresario, provedor dunha gran corporación, pode reclamar unha débeda non cobrada, a gran corporación vaina a defender sen problemas, vai a poder acometer esa taxa e incluso vai a poder metela no grupo de gastos de servizos xurídicos, e o pobre autónomo, empresario, pois, posiblemente se vexa dificultado a defender os seus dereitos. Polo tanto, pódese dar un incremento de morosidade, porque se poden tomar decisións de retrasar pagos, porque total non os van a reclamar, ¿non?. Así que é unha cuestión, esta lei e as taxas que se lle aplican, que afecta á vida diaria e cotidiá dos cidadáns. E eu alégrome e congratúlome de escoitar ó Sr. Figueroa de que gobernar é tomar decisións, esta decisión non a podemos compartir porque nos parece ou a min, polo menos, me parece aberrante, a declaración do Sr. Gallardón, cando di que, “gobernar significa administrar dor”, e por certo, rememora tempos pasados, que eu me gustaría que alguén do Partido Popular lle dixera ó Sr. Gallardón que sexa máis comedido nas súas explicacións, eu sei que os alcaldes aquí presentes non poden compartir, “gobernar significa administrar dor”. A xustiza ten problemas, si, pero esta vía de solución que se plantexa polo Ministro de Xustiza, non, e é o que estamos plantexando. Nós estamos abertos aquí, en Santiago e en Madrid, a debater, todo o que sexa posible, para acordar a mellor lei posible e a modificación para resolver os problemas da xustiza pero pensemos no cidadán, e o cidadán a día de hoxe, todos, persoa física e xurídica, todos teñen unha taxa máis enriba. Polo tanto, insisto, insisto, reflexionen e apoien esta moción que sabemos que estarían dispostos a facelo senón foran tan colexiales. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Bueno, non hai máis intervencións, votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?, non hai. Os demais votan a favor. Queda rexeitada a proposta. O Pleno acorda por maioría de votos, en contra da Moción, do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE sobre o rexeitamento do proxecto de lei de taxas xudiciais. 10.6309.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE EN RELACIÓN CO SERVIZO DE TELEASISTENCIA Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Pasamos ó seguinte punto da orde do día que é Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista en relación co servizo de teleasistencia. Sra. Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Vamos a ver, esta moción, hoxe non ten moito sentido, tiña que ser debatida antes da aprobación dos presupostos, pero bueno, eu apelo aínda así á sensibilidade de todos, neste caso do Sr. Figueroa que está presidindo o Pleno, cando fala da sensibilidade do Partido Popular, cando falo dos 17 millóns de euros que ten a Deputación dispostos para servizos sociais, e que escoita a demanda dos cidadáns. Entón, saben vostedes, que non llo vou a explicar eu, que foron retirados os 31 millóns de euros que estaban, 32 que estaban destinados a Teleasistencia, pois, que teñan en conta a provincia de Pontevedra, a Teleasistencia, as persoas que están sufrindo, que van a quedarse sen atención ningunha, a esas persoas que viven solas, a esas persoas maiores, ás persoas dependentes que recorren, ás veces, ata para escoitar unha palabra doutro lado despois de estar todo o día soas, e que se sumen á petición de pedirlle ó Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais, que dedique a partida, que non a retire, que a volva a poñer para atender á Teleasistencia, e senón é iso, pois, que a Deputación de Pontevedra inste á Xunta de Galicia, ou sigan mantendo os convenios cos concellos para poder atender a estas persoas. Son persoas que viven soas, son persoas que necesitan, dependentes, non é un colectivo que vai a protestar na rúa, pero, como estou segura que esa sensibilidade que di o Sr. Presidente a vai a ter en conta, pois, igual están dispostos a estudala. Sra. Iglesias Bueno.- Pues, muy buenos días a todos. La verdad le agradezco la presentación de esta moción porque, de esta manera, me da la oportunidad de explicarle y aclararle cómo funciona y ha funcionado la Teleasistencia, ya que en estas últimas semanas se han dicho algunas inexactitudes por parte de políticos que deberían conocer este servicio. No se si por falta de información o por otros motivos. Este servicio comenzó a funcionar en 1999 y desde entonces las aportaciones de las diferentes instituciones fueron variando. Inicialmente las aportaciones eran de la siguiente forma: IMSERSO-FEMP era el 65%, Xunta 15%, Diputación 10%, y luego Concello y usuarios otro 10%. Al cabo de unos años la Xunta, cuando gobernaba el bipartito, dejó el convenio y la aportación que realizaba la Xunta de Galicia fue asumida íntegramente por parte de la Diputación de Pontevedra. En el año 2012, debido a que la FEMP redujo también su aportación total, los porcentajes que asumieron cada una de las partes volvieron a cambiar, quedando actualmente de la siguiente manera: la FEMP con un 63%, Diputación con un 27 % y Concello y usuarios un 10 %. Bien, el precio de este servicio ronda, bueno, es de 21,62€, y ahora mismo están disfrutando de este servicio 1.148 personas. Y cuento todo esto para quede constancia que la Diputación de Pontevedra ha cofinanciado siempre este servicio, desde sus inicios, e iba más allá de lo que el propio convenio con el IMSERSO establecía, ya que dicho convenio sólo obligaba a las Diputaciones a asumir la cofinanciación de los ayuntamientos de menos de 20.000 habitantes. Desde esta institución se estuvo financiando, durante siete años, incluso a las grandes ciudades de Vigo y Pontevedra, independientemente de que partido gobernase en ellas. Por lo tanto, nadie puede pensar que la Diputación de Pontevedra ha discriminado ni a ninguna ciudad ni a ningún vecino o vecina, porque independientemente del lugar donde viviesen tenían financiado este servicio de Teleasistencia. Entonces, ¿qué pasó ahora?, pues, ni más ni menos que el escenario ha cambiado y fundamentalmente por dos razones: una, la primera, que como he explicado el IMSERSO deja de financiar el servicio, y no sólo eso sino que era el órgano de contratación y esto nos obliga a sacar un nuevo concurso y por lo tanto, no hay posibilidad de prórroga, el servicio acaba el 31 de diciembre de este año. Y además, hay un nuevo escenario económico que nos obliga a hacer una reflexión profunda a todas las administraciones, de dónde debemos centrar nuestros esfuerzos, cómo racionalizar la prestación de servicios, cómo debemos regular las competencias de cada administración, etc. Y, unido a esto, este año entró en vigor el Decreto 99/12, por el que se regulan los servicios sociales comunitarios y su financiación, donde dice, textualmente, de su artículo 31.3, que las Diputaciones Provinciales tenemos que proporcionar asistencia técnica y jurídica a los ayuntamientos y agrupaciones de ayuntamientos, especialmente a los menos de 20.000 habitantes, en la implantación y gestión de los servicios sociales comunitarios municipales. Y además continúa diciendo que, de conformidad con el artículo 63 de la Ley de Servicios Sociales de Galicia, las Diputaciones Provinciales proporcionarán asistencia económica, técnica y jurídica, a los Ayuntamientos en la ejecución de sus competencias en materia de servicios sociales comunitarios básicos, por aquellos ayuntamientos con menos de 20.000 habitantes. Y estos son los motivos fundamentales, no es una cuestión de presupuestos, porque el servicio tampoco es muy costoso, como he dicho antes, y en este punto creo que hemos sido bastante coherentes este mismo año, ya que ha sido, precisamente, en base a estos mismos criterios, a los del número de habitantes, hemos firmado un convenio con la Xunta de Galicia donde asumíamos 2.247.000€, con fondos propios, para asumir el servicio de ayuda a domicilio, básico, en estos ayuntamientos, y, además, la financiación de los trabajadores que no son trabajadores sociales. Por lo tanto, vamos a votar en contra de esta moción, pero que sepan que la Diputación de Pontevedra va a seguir cofinanciando el servicio de Teleasistencia, repito, va a seguir financiando este servicio pero a todas las personas que vivan solas y ciñéndose a la normativa va a colaborar con los ayuntamientos de menos de 20.000 habitantes. El resto lo tendrán que asumir los ayuntamientos que, como usted dice, tienen sensibilidad y tienen partidas suficientes para seguir apoyando la Teleasistencia, gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moi ben Sra. Iglesias. Sra. Abelairas, ¿quere seguir?, ¿hai máis?, ¿BNG, non?, xa representas ti. Sra. Abelairas Rodríguez.- A ver Marta, perdón, Sra. Iglesias, e que a Deputación, cando foron creadas as Deputacións foron creadas precisamente para axudar ós concellos de menos de 20.000 habitantes, os concellos máis pequenos. As Deputacións foron creadas, alá nos tempos de María Castaña, precisamente para iso, logo todo se desvirtuou, o que pasa é que como estamos en pleno retroceso, creo que debemos de estar chegando ó século X ou XII, xa por aí, porque estamos en pleno retroceso incluso nesto, ou sexa que a pólvora leva descuberta 400 anos. De todas formas recordareilles iso moitas veces, e, mira, cóntenlle todo iso, o do Decreto, a esa persoa, a ese home ou esa muller que acaba de caer, que necesitan unha asistencia urxente, colla o decreto, colla todo ese discurso métao nun sobre e lévello alí, explíquello, porque eu non teño, a miña capacidade non chega ata aí. Cando se firma este convenio a proposta sae do concello de Vigo, e creo que as cousas que están ben feitas e as cousas que funcionan ben deberíanse manter, e a hai cousas que en aras “de la austeridad y de los recortes” deberíanse de ter en conta doutra maneira. Apelaba á súa sensibilidade e vexo que teñen pouca e que lles interesan máis outras cousas. Repito, as Deputacións foron creadas para iso, para axudar e colaborar cos concellos máis pequenos, non foron para suplantar ós concellos. Moitísimas gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moitas gracias Sra. Abelairas, imos á votación, ¿non?. Sra. Iglesias, temos tempo. Sra. Iglesias Bueno.- Bueno, me parece muy bien, Sra. Isaura Abelairas, toda esa defensa a ultranza del servicio de Teleasistencia, pero, nos hubiese gustado que esa defensa fuese real y que no haga en Vigo lo contrario de lo que dice, porque, vamos a ver, usted como concejala de servicios sociales y Abel Caballero como alcalde, nosotros cuando nos fuimos dejamos una partida de Teleasistencia de 50.000 euros, ¿usted sabe cuánto figura en Teleasistencia para el año 2013 en el ayuntamiento de Vigo, con todas esas personas que dicen ustedes que se pueden caer y que le tiene que usted que explicar no se qué cosa?. Pues mire, ahora tiene 18.000 euros en esa partida, cuando nosotros atendíamos a 1.500 personas, ahora ustedes atienden a 588 usuarios, entonces, no se dónde tiene usted tanto interés y tanta pena por todas esas personas. Usted gasta en el ayuntamiento, no usted sino el gobierno de Vigo, gasta, pues mire, por ponerle un ejemplo, que además esto es su concejalía 250.000 euros en el concierto de Sabina, por ponerle un ejemplo, pues mire usted, ese dinero dedíquelo, por favor, a esas personas que viven solas. Tenemos otro ejemplo que es la ciudad de Pontevedra, la ciudad de Pontevedra nunca jamás ha apostado por este servicio, una ciudad como Pontevedra tiene 18 usuarios de la Teleasistencia. Entonces, no me vengan diciendo que ahora tienen tanta pena por esa gente que vive sola. En resumidas cuentas, que los gobiernos bipartitos locales, los gobiernos bipartitos locales, ni el PSOE ni el BNG, han apostado nunca por ese servicio de Teleasistencia, todo lo contrario, pero es que además tampoco lo apoyaron cuando gobernaban juntos en la Xunta, que era Anxo Quintana Vicepresidente, dejaron de financiar este servicio y como he dicho antes se salió del convenio del que hoy estamos hablando. En aquel momento no hicieron ni declaraciones ni mociones en este Pleno, ni montaron un follón, ni se acordaron de las personas mayores para nada, en aquel momento no, miraron para otro lado y no dijeron ni mu, y fueron, en ese momento, las Diputaciones las que asumieron el coste y continuaron con el servicio, y siguieron, como en el caso de Pontevedra, atendiendo a todos los usuarios de toda la provincia. Y esto es lo que les tengo que contar, es que no hay más, les puedo hablar también de lo que dice Abel Caballero, ha pedido públicamente, públicamente ha pedido su alcalde, que Vigo tenga el mismo trato que la ciudad de La Coruña, que tiene la Diputación de La Coruña con la ciudad de La Coruña. Pues bien, es que la Diputación de La Coruña nunca ha financiado a las grandes ciudades, nunca ha financiado ni un sólo usuario de la ciudad de La Coruña. Por lo tanto, Vigo va a tener el mismo trato que la ciudad de La Coruña porque no vamos a financiar ayuntamientos, como decía, de más de 20.000 habitantes. Y es que además nos da la razón porque, recientemente, Abel Caballero en la FEMP, a la que le gusta mucho ir, hizo una rueda de prensa diciendo precisamente lo que estoy diciendo yo ahora, que las Diputaciones van a operar sólo en ayuntamientos pequeños, y esto lo dice Abel Caballero en Madrid, es verdad que luego viene y dice lo contrario, igual que ustedes, dicen una cosa aquí en Pontevedra y dicen otra cosa en Vigo, hacen una cosa en Vigo y luego piden otra cosa aquí, pues Abel Caballero lo mismo, dice una cosa en Madrid y luego llega a Vigo y dice otra cosa. Entonces, por lo tanto, nosotros vamos a seguir financiando la Teleasistencia, no es una cuestión presupuestaria, como decía, porque el coste del servicio como ustedes saben es pequeño y usted como concejala de servicios sociales tiene recursos suficientes, igual que el ayuntamiento de Pontevedra, para poder asumir todos esos usuarios de la Teleasistencia. Muchas gracias. Sra. Abelairas Rodríguez.- Agora non me queda máis remedio que falar. Imos a ver se nos aclaramos…. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, por parte deste grupo non había nin houbo, en ningún momento, intención de entrar neste debate, pois comentámolo como emenda ó orzamento e punto, sen armar ningún follón, agora, igual por estar calados, ou igual por lo de La Coruña, la, la, la, sufrimos unha arremetida aquí que, francamente non acabamos de entender, é igual, ¡eh!, levámola con alegría, o único que levamos mal é o do asento, o das espaldas e tal, que estes asentos son moi incómodos e o tempo, o resto, nada, pódese soltar aquí o que se queira, non sei porque se supón que se defende mantelo e estámolo defendendo para La Coruña, ou para Pontevedra ou para Vigo, non sei exactamente o que se supón, é unha suposición que traía por escrito a Deputada, que nos deleitou aquí cunha, iso é o malo de traer, trae escrito, meterse con nós por Pontevedra e resulta que non falamos, é complicado, ¡eh!, élle complicado, supoño que sería pasando por La Coruña, La, La Coruña, supoño. Nestes intres incorpórase novamente á sesión o Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Parece que o esta pasando moi ben o Sr. Mosquera, ¿fala castellano ahora?, La Coruña, ¿terminó el Sr. Mosquera?. Marta, ¿usted?. Sra. Iglesias Bueno.- No, quería hablar ella, yo terminé. Sr. Presidente.- Ah!, ¿quiere hablar la señora Abelairas?, ¡Ah, le toca!. Sra. Abelairas Rodríguez.- Non, suponse que cerro. Sr. Presidente.- Suponse é un bo supoñer, que supoñer é bo supoñer, outra cousa é que sexa así, pero bueno, non, non, eu digo que supoñer está ben. Sra. Abelairas Rodríguez.- Non é cousa miña, coñézoo perfectamente e sei onde estou. Sra. Iglesias, entendo perfectamente que traia escrito e o teña que ler, loxicamente, unha vez cumprido o trámite, mire, é que este convenio foi firmado entre o concello de Vigo é a Deputación, a proposta da Deputación, ¿qué terá que ver as outras Deputacións?, foi un convenio firmado concello de Vigo-Deputación de Pontevedra, non ten nada que ver nin a da Coruña nin a de Ourense nin a de Lugo, ningunha, foi un convenio firmado con eles. O único que se pide é que o manteñan, ¿que non o queren manter?, alá vostedes, repítolle, a Deputación de Pontevedra, podería, se tivera vontade de facelo, seguir mantendo o convenio, e a Deputación de Pontevedra, como todas as Deputacións de España, foron creadas para atender ós municipios de menos de 20.000 habitantes, repítolle, de menos de 20.000 non, ós pequenos, a aqueles a onde non podían chegar determinados servizos, foron creadas para iso, se desvirtuaron por el camino, los unos y los otros, y los otros y los unos. E mire, xa que fala dos douscentos non sei canto de Sabina, que se recuperaron, por certo, a través da venta das entradas, que se recuperaron todas, ¿canto recuperaron do partido de fútbol da Selección Española?, ¿canto recuperaron da Volta Ciclista?, ¿canto recuperaron dese concerto de Boxeo que dicían que non estaban, que non sei que, que pon no cartel, que non quero saber nada?, ¿por que vai por ese lado?, se eu o único que pretendía era seguir mantendo un servizo que estaba funcionando moi ben, que sigan vostedes colaborando, que non son tantos cartos, Sra. Iglesias, que é unha pequena miseria, que é un convenio exclusivo que ten a Deputación de Pontevedra cos concellos, nada máis pretendía iso, ¿que vostede quería largarse un discurso?, vale, admitido, pero nada máis, nada máis que iso, que non me siga dicindo que reparten, non sei que, non reparten nada, vanse, única e exclusivamente, polas razóns que vostedes queiran, pero quedan as 589 persoas do concello de Vigo sen a Teleasistencia, nada máis, ¿ás outras vanse atender?. Pois, noraboa para esas persoas que estarán sendo atendidas. Sr. Presidente.- Bueno, pois, Sra. Iglesias. Sra. Iglesias Bueno.- Hombre, yo imagino que esas 588 personas no quedarán sin atender, usted tendrá que atenderlas, igual que el resto de los ayuntamientos que no entrarán dentro de nuestro convenio, digo yo, si tiene tanta sensibilidad para que firmemos un nuevo convenio con el ayuntamiento de Vigo, y le preocupa tantísimo, y además que usted mismo dice que la cantidad es una miseria, pues, no le importará, pues, pagar la cofinanciación de esos 588 usuarios, hombre, yo contaba con eso, con que el ayuntamiento de Vigo se hiciese cargo de esos 588 usuarios. Pero bueno, en fin, le vuelvo a decir que no es un problema presupuestario, que es un problema de reorganización de toda la Administración Local y de un poco organizar las competencias que tenemos, y bueno, pues en esa misma línea hemos firmado 2.247.000 euros de servicio de ayuda a domicilio, o sea, que queda fuera de toda duda que esto sea un tema económico, es un tema de racionalización de competencias y de servicios. Entonces, yo imagino que los usuarios de Vigo no van a quedar sin atender porque los va a atender el ayuntamiento de Vigo, que además es tan solidario. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sra. Iglesias, quedou moi claro. Sra. Isaura Abelairas. Non, dicía que van catro rondas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Non é que se segue falando eu tamén. A ver, eu presentei a moción, eu entendo, senón van a quedar sen asistencia, entendo que van a votar o primeiro punto da moción, que é instarlle ó Ministerio de Sanidade e Servicios Sociais que non deixe sen atención a Teleasistencia, ¿van a votar a favor dese primeiro punto?. Instar ó Pleno a dirixirse ó Ministerio de Sanidade e Servicios Sociais para mostrar o seu rexeitamento á eliminación da partida adicada á Teleasistencia en todo o Estado español. ¿Votan, entón, a favor diso?. Sr. Presidente.- É máis fácil votar en contra da moción e xa está, se ela quere quedarse cunha parte que se quede cunha parte, en todo caso. Sra. Abelairas Rodríguez.- Creo que se perdeu a metade do debate, que creo que vostede se perdeu … imos a ver. Sr. Presidente.- Eu creo que cheguei no momento oportuno. Sr. Abelairas Rodríguez.- Sempre chega a tempo, ademais é benvido. Sr. Presidente.- Incluso un pouco máis tarde houbese estado máis interesante. Sra. Abelairas Rodríguez.- Bueno, faltaría máis. Sr. Presidente.- Pero eu creo que é mellor votar en contra da moción porque queren facer planteamentos, senón haberá que presentar unha moción, presentar unha nosa, alternativa, entón, votamos en contra e así acabamos máis rápido. Sra. Abelairas Rodríguez.- Non, non, non, imos a ver, un momento, porque agora si que me sinto un pouquiño fastidiada, estou no meu turno de palabra e entón quero que se me escoite, e ademais, creo que o espíritu navideño tamén o empezo a perder, estou falando de algo moi serio, e eu non falo de pena, a min no me dá pena. Sr. Presidente.- Nadie o duda. Sra. Abelairas Rodríguez.- Non é cuestión de pena, é cuestión de xustiza social, esa é a gran diferencia entre uns e os outros, entre respectar o dereito das persoas, e, me dan pena, como me dan pena doulles non sei que, non, ou tírolle, como facía unha señora en Vigo, agora que non vou a repartir caramelos vou a repartir bocadillos pola ventana, non, estou falando de xustiza social, falo única e exclusivamente diso, non estou falando de Vigo, nin estou falando do Alcalde de Vigo, estou falando de xustiza social, estou non Pleno da Deputación de Pontevedra, ¿algunha vez me oíron falar do concello de Vigo a min?, ¿a min en concreto?. Estou na Deputación de Pontevedra, estou falando dunha xustiza social, que o queren facer ou non, alá vostedes, fagan o que queiran, pero van, a resolución di, porque pensei que poderíamos chegar a un acordo, a resolución di: Instar ó Pleno a dirixirse ó Ministerio de Sanidade e Servicios Sociais, senón é cuestión de cartos que o atendan, para mostrar o seu rexeitamento á eliminación da partida adicada á Teleasistencia en todo o Estado español. Iso é á parte, que entendín que vostedes ían a votar que si. Punto dous: Instar á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra a manter este servizo de Teleasistencia, sufragando o seu custe e mantendo os convenios cos concellos na mesma proporción actual, e repítolle, que o convenio co concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra era un convenio específico entre os dous, un acordo ó que chegaron os dous, que non ten nada que ver con isto, isto é máis xenérico, vostedes mesmos decidan, vístano como queiran e voten o que lles dea a gana. Voten o que lles dea a gana. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Isaura. Exactamente. Entón, como perfectamente clarificou a deputada, en relación a que acabamos de asumir, porque ademais me pareceu moi razoable a proposta da Xunta de Galicia nun novo decreto que establece cales son as competencias no marco de servizos sociais, nós así o imos a facer e así o imos a establecer por iso imos a pagar cerca de tres millóns de euros ós concellos de menos de 20.000 habitantes. Polo tanto, neste sentido cada un debe asumir a súa responsabilidade e isto terao que asumir quen o ten que asumir, e, de aí que por parte do Partido Popular, pois, imos a votar en contra desa moción do Partido Socialista. ¿Votos en contra?, Partido Popular. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos, en contra da Moción, do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE en relación co servizo de Teleasistencia. 11.6310.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE EN RELACIÓN CO PROXECTO DO PLAN DE RECOLLIDA DE LIXO NA PROVINCIA Sr. Presidente.- Punto número 11. Moción do Grupo Provincial Socialista en relación co proxecto do plan de recollida de lixo na provincia. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, como xa é coñecido e fixemos público os socialistas, e hoxe o traemos aquí para o seu debate a través dunha moción, porque nós consideramos que o Plan da Deputación de Pontevedra da recollida provincial de lixo é un grave atentado contra a independencia dos concellos e as súas competencias. Parte dunhas premisas falsas ó considerar que os servizos que están a prestar os concellos son deficitarios e mal organizados, algo que as prestacións do devandito plan da Deputación e os datos neles recollidos, pois, tira por terra. O servizo da Deputación vai a resultar máis caro cando menos a máis de 35 concellos da provincia de Pontevedra, e os seus cidadáns van a ter que sufragar cos seus cartos a aqueles outros que teñan na actualidade unhas taxas máis elevadas e que as verían reducidas pola taxa única da Deputación. Ademais reduce servizos, como a limpeza das rúas, que na actualidade algúns concellos teñen ou ben subcontratado ou con persoal propio. Converte á Deputación na todopoderosa controladora dun servizo retirando ós concellos a potestade de organizar o servizo como mellor responda ás súas necesidades, garantindo só as recollidas de lixo en cinco días á semana nos cascos urbanos e en dous no rural. Ademais contempla xa de antemán a privatización do servizo a unha empresa que recollería ós traballadores eventuais deste servizo dos concellos, e, todo o material, camións, contedores e outros, as diferencias salariais entre os traballadores eventuais dos concellos nin se contemplan, co cal, pode orixinar no futuro cercano problemas de índole laboral nesa futura empresa. En consecuencia, propoñemos ó Pleno da Deputación a seguinte moción: Que o Pleno da Deputación de Pontevedra insta ó seu Presidente a retirar o proxecto do plan actual de recollida de lixo na provincia; e dous, instar ó grupo de goberno a redactar un novo Plan, máis acorde coa vontade dos concellos, que priorice a reciclaxe, que non invada competencias municipais e que garanta un servizo e custes similares ós actuais. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Este é unha moción que xa tivo moita repercusión mediática, e parece ser un cabalo de batalla do, bueno, non sei se do Grupo Provincial Socialista ou da outra estrutura do PSOE, pero que francamente non entendemos nada, directamente non entendemos nada. Aquí hai un problema posto de manifesto, reiteradamente, de que hai concellos que teñen graves dificultades para xestionalo, coas taxas que teñen, ou sexa, que están, hai uns fondos vía imposto ou taxas, pero non a do lixo, que se están adicando a financiar a cuestión do lixo, e resulta que, o problema é que son máis caras que se lle van a sufragar, non, mire, imos ó problema de fondo e creo que con estas cousas é mellor ser clariño, sentar as bases, porque senón podemos estar falando do que sexa. O problema da recollida de lixo e demais, nestes momentos, máis ou menos se por botar unha conta que é un fogar, depende da ocupación, claro, depende de tal, pero vamos, un fogar de tres persoas máis ou menos xera unha tonelada ó ano, ¿vale?. Unha tonelada ó ano só Sogama, con IVE e demais son 63 euros, senón me acordo mal, só o custe desa incineración. Polo tanto, calquera taxa de calquera concello que estea por debaixo dos 100-110 é deficitaria, hai que sacar os recursos dalgún lado, dalgún lado hai que sacalos, porque á parte hai que recollela, hai que pagar ó persoal para recollelo, os transportes ata a planta, etc., etc., … Se algo non é serio son as supostas contas que pon a Deputación que vai a saír entre 60-90-80, non vai a saír niso, vai a saír máis, vai a saír máis, se se paga a Sogama, con IVE, creo que son 62 para o ano que vén ou 63 ou unha cousa así, a ver boten contas do resto, boten contas. Bueno, alguén o terá que pagar e dalgunha maneira haberá que xestionalo, nós non dicimos que sexa a solución óptima esta ou outra, pero algunha haberá que buscar, e, vamos, nós non imos a defender aquí o contrario dos sitios onde xestionamos, en Pontevedra e Poio a taxa está por aí, está nas cifras que cubre o servizo, máis ou menos, máis ben menos que máis, pero anda por aí, claro, a ver, ¿como se resolve o problema dun concello que está cobrando 10 euros ou 20 ó mes, ó ano, perdón?, ¿como o resolve?, ¿que quere seguir pola súa conta?, que siga, ¿que quere adherirse a un Plan da Deputación?, non sei se é o óptimo ou non, pero é, é algún. Entón, a cuadratura do círculo está resolta hai moito tempo, é imposible con regra e compás, é posible doutra maneira, claro, o que un servizo custe 100 ou 90 ou 110 euros por tonelada, por domicilio, vamos, por tal, ¿como se paga?, ou cun custe, facendo algo de escala, rebaixando o que sexa, ou botando man doutros fondos, non hai remedio, non hai remedio, iso creo que hai que ser un pouquiño serios e rigorosos nese plantexamento porque senón estaremos co de sempre, como tamén o famoso “todo”, outro erro de partida e de fondo que todos estivemos xogando con iso, todos, e cando digo todos digo, forzas políticas, grupos ecoloxistas e demais, é que crear a expectativa de que vai a ser barato. Mire, a reciclaxe non é barata, ¿vale?, non é barata, e poño un exemplo, se se quere escatolóxico, é moito máis barato ir a facer as necesidades de campo que ter os inodoros na casa, pero será un problema de hixiene, será un problema de salubridade, non será porque sexa máis barato, ¿vale?, senón queremos queimar, e queremos reaproveitar será un problema de tratamento do medio, non porque sexa máis barato, porque non é certo, non é certo, non hai nada máis barato que o que fan os paisanos desalmados ou o que sexa, que é coller o lixo e tiralo nunha esquina, non hai nada máis barato que iso, iso é o máis barato que hai, collelo e xa está. Entón, poñamos as cousas nos seus termos e demais, igual que certos erros que se cometeron de que aquí resulta que unha persoa para ir a comprar unha barra de pan ou para ir a comprar un saco de arroz se se ten que desprazar tres quilómetros desprázase, cando non vai ó centro comercial a 20 ou 40, agora, o lixo hai que recollerllo na porta da casa, na do veciño non na del, pero na porta da casa, foi un erro monumental que cometemos todos, todo ten a súa escala ¿verdade?. E despois, iso custa, a recollida no rural disperso, bueno, nin 100 e nin probablemente 200 euros ó ano cheguen para pagala, porque, entre outras cousas despois, como ten o contedor á man, pois van, pedras dos cadabullos, os paus das berzas, as vides, de calquera cousa, calquera cousa, ¿verdade?. Ben, a situación está como está, está como está, ben, por outro lado, tamén nos ofreceron na mesma liña que Sogama ía a ser máis barato, ou sexa, que ó queimar se producía enerxía e polo tanto a enerxía ía a financiar o tapamento do lixo. Bueno, e como aquilo do motor de auga, os que sodes maiores igual vos acordades do motor de auga, ¿acordádesvos do motor de auga?, alá a finais dos 60, que houbo un fenómeno, un fenómeno daquel, que era, cando estaba co chupachús, que era un bo invento e máis a fregona, que era que tamén inventamos o motor de auga que ía a ser moito máis barato, é dicir, bueno, iso é suspender as naturais de segundo da ESO ou terceiro, claro, porque a ver que enerxía van dar unhas pelicas, de patacas ou de laranxa queimando, a ninguén se lle ocorreu, mira que os humanos inventamos queimar case todo, inventamos queimar o que sexa para buscar enerxía, pero iso nunca, a ninguén xe lle ocorreu. Agora, veu un listo que di, con isto imos a gañar cartos, bueno, mire, por favor, un mínimo de seriedade. Bueno, entón, Sogama está que rebenta non dá queimado iso, cada vez é máis caro porque non dá queimado, hai que buscar alternativas, por outro lado temos plans por aí, ¿non?, temos plantas como a do Morrazo morta de risa, ¿verdade?, cartos ciscados, sempre se topa a solución máxica, vendéronos que en Berlín facían 50 vos e era marabilloso, fracaso estrepitoso, …, bueno, todo iso batallitas, batallas, ¿verdade?, coas que sempre estamos mareando a perdiz e ó final non resolvendo o problema. Entón, realmente, se se quere facer algo de economía de escala, porque non son só os custes, agora digo, un concello que teña só un camión se o camión ten unha avaría seria, ¿que van?, cunha carretilla, cunha andarella ou van cun tractor a recoller o lixo, home, se fai de escala, pois, se hai unha avaría é cuestión de suplilo con outro, ¿non?, dígoo, cando tes xa un volume que tes 6 ou 7 camións funcionando podes facelo, ¿verdade?, se se rompen os contedores, por exemplo, porque sempre hai algún pavero que non ten outra cousa que facer que prenderlle lume, ou un condutor, que é bastante máis frecuente, ¿non?, que lle dá igual, que lle arrea e o rompe, pois o concello, pois mire, se hai contedores, se hai unha escala, pois, igual o topa e o substitúe no momento senón, pois, vexo ó alcalde ou alcaldesa correndo coa gorra a ver, oe, a ver se consigo, a ver se consigo, que nos ten sucedido, o digo por experiencia, chamarnos algún alcalde de calquera signo político e dicirnos, “oe non terás uns contedores vellos por aí porque teño aquí…”, bueno, se hai un problema de escala pódese facer. ¿Que se pode facer mellor?. Todo se pode facer mellor, non sei, vamos, pero o asunto é, ¿hai ese problema de fondo?, ou está tan ben resolto que os concellos xa non necesitan e están xestionando tan ben o lixo que non hai que facer nada, pois xa está, deixámolo e punto, xa está, problema resolto, xa está. Agora, non nos chupemos o dedo, dende logo con 20 euros de taxa ó ano, ou 30, 40 ou 6 como houbo algún, está claro que os cartos van a saír dalgún lado, ¡eh!, iso seguro, iso seguro, seguro, seguro, seguro, entón, aí é onde está a cuestión. Entón, iso que resultar máis caro, a máis de 35 concellos, pois claro que lle vai a resultar máis caro, é que hai 35 concellos que están cobrando moitísimo menos do que lles custa realmente, pois claro que si, pois é o que non acabamos de entender. ¿Que limita a autonomía municipal?, pois será igual que o ORAL, ¿non?, será igual que o ORAL, que tamén a limita, ¿non?, non será o problema, é voluntario, quen queira sumarse que se sume e quen non que non se sume. Ó final no ORAL foron entrando todos, practicamente todos, oiga, mire, se quere súmese e senón non se sume, pero é que non é factible buscar un sistema, se o xestiona a Deputación, pois que non estea xestionando unha competencia municipal, porque claro, pero a min que se me diga ou a nós que se nos diga como se soluciona isto, porque realmente non acabamos, non acabamos de entendelo, é así de claro e é así de … Bueno, xa cando foi, no Pleno pasado xa o dixemos, que realmente isto haberá que reconducilo, ¿ten interese para os concellos facer isto ou é que o problema é que andamos movéndoa porque ninguén quere asumir que a Deputación poña, se cadra incluso na situación a cara polo concello, e diga, mire, hai que subir, mire; ou concellos como o de Portas que multiplicaron por 6, non sei se paso de 15 a 70 e aínda así vai a seguir dando perdas, pero bueno, moito menos, dicir, bueno, a ver, lévao a Deputación, ben, ¿como?, ¿prefire facelo o concello?, que o faga, de todas maneiras independentemente do que vaia a pasar no futuro, co futuro disto, se isto serve para poñer sobre a mesa que isto hai que xestionalo, que isto, co lixo, que se fixeron auténticas barbaridades porque parece que todo é gratis, claro, tamén é certo que é un problema que nos están cascando ós concellos porque ninguén o quere, ¡eh!, nós non temos capacidade os concellos para regular, pois, onde se pode comprar ou non comprar ou tirar, unha serie de cousas, iso, o lixo ó final queda e as presións sempre son enormes para facer abc e as teorías son francamente fabulosas, ou sexa, francamente fabulosas. Claro, vou máis alá, ou sexa, ata agora digamos que estamos falando do que di a moción e do problema este, é dicir, temos tal irracionalidade en todo este asunto que todos os orgánicos que produce a provincia de Pontevedra, todos, tratados en maior ou menor grado, non chegarían, non chegarían, para dotar de humus, de materia orgánica, á pouca superficie da provincia que temos con cultivos, digamos, intensivos, non chegaría, antes producíase esterco en cantidade, ¿non?, sempre se estaba continuamente buscando toxo no monte, non sei que, botándolle o que chaman esterco, as algas da rías para botarlle á terra porque a terra aquí é moi permeable e chupa, chupa, vamos, drena, elimina orgánicos cunha velocidade tremenda, e se se quere que produza hai que botarllos. Bueno, os orgánicos que se producen de orixe urbano, da recollida domiciliaria na provincia de Pontevedra, non chegarían, é cuestión de botar as contas, primeira cousa, non chegarían, por exemplo, só para as veigas do Salnés que están a hortalizas ou ó viño. Bueno, e se está tirando e creando un problema de queimar que Sogama non o dá queimado. Entón, aí estamos falando de problemas serios, de cousas serias como os ordenamos para dar algunha, para dar algunha solución. O outro, quero dicir, de estar con esta cuestión, a nós esta moción parécenos unha decisión política, que á parte vai en contra do que decidiron certos alcaldes do propio Partido Socialista e recórdanos moito o que sucedeu hai anos co do ORAL, que tamén pasara algo parecido, nos mesmos termos e a mesma forza política e ó final entraron todos no ORAL. Ben, eu non sei se isto está ben organizado ou non, francamente, hai que miralo, hai que mirar os compromisos que ten cada concello e demais, pero, dende logo, que con iso algo hai que facer, algo hai que facer, que estimamos que si. A nós nos gustaría que fora máis ambicioso que puidera integrar, por exemplo, a planta do Morrazo, que se puidera facer unha planta de compós, porque é que Sogama non da tragado o que se manda para alá. E no Plan de Residuos de Galicia di que, a metade, a metade polo menos, dos orgánicos, deberíanse compostar. Bueno, pois ir nesa dirección, ir nesa dirección, facer un esforzo nesa dirección, se cadra ser un pouquiño máis ambiciosos e poder resolverlle o problema ós concellos que cobran pouco e teñen un déficit serio e non o dan prestado. Bueno, en todo caso, é dicir, con este, creo que non se gañou nada con aquel empecinamento que houbo no seu momento que, Sogama tiña que ser o único e exclusivo, creo que foi un erro, houbo erros por todas partes, pasou moito tempo, hoxe sabemos que estas cousas son un pouquiño máis complicadas, que hai que facelas dunha maneira moito máis ponderada e moito máis seria e que hai demasiados intereses ó redor, de que todo o mundo quere vender a gran marabilla, que non hai tal, non hai tal, as cousas custan o que custan e funcionan como funcionan, pero, creo que as cousas, poderían, poderían estar nun marco no que se puidera avanzar dunha maneira medianamente razoable, para, vamos, nunha dirección sen solucións máxicas, que non as hai, pero, polo menos, que non sexa o desastre que temos nestes momentos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que teño que felicitalo porque me aforrou toda a réplica que quería plantexarlle ó Partido Socialista, e a verdade, fago miñas todas as palabras do Grupo do Partido Popular. Creo que estamos ante unha cuestión bastante seria e creo que os tempos que veñen así nolo deben de facer ver, e polo tanto, eu a maiores, que teño que felicitar, como digo, ó Sr. Mosquera, por esa intervención real como la vida misma, vou a engadirlle uns datos: o Presidente da Mancomunidade do Morrazo di, e xa leva, aínda falei onte con el e di que quere vir a verme, xa fai bastante tempo, por un asunto, que a actual Mancomunidade do Morrazo debe 16,6 millóns de euros, entre tres, pero non só debe 16,6 millóns de euros, polo tema de servizo de recollida de basura, senón que está perdendo cada ano, datos confirmados por eles, 230 millóns de pesetas, cada ano, a maiores dos 16,6 que deben. Probablemente, bueno, non imos a entrar de quen foi culpa, porque é creo que non é cuestión xa de, imos a buscar solucións porque se miramos de quen foi culpa, creo que non é o caso. Polo tanto, eu non sei, espero que non sexa así, pero me dá a impresión, me dá a impresión, de que con esta deuda de practicamente 17 millóns de euros que deben máis 230 millóns de pesetas máis, que hai que sumarlle cada ano, eses concellos van a ir a quebra, ojalá non sexa así, ojalá non sexa así, non sexa así, porque non é o meu desexo nin todo o contrario. Entón, os alcaldes e o Presidente da Mancomunidade queren vir a falar comigo, di que van a intentar subir o recibo, etc., etc., pero, bueno, xa hai unha débeda que é astronómica e non só hai unha débeda astronómica senón, como ben dicía o Sr. Mosquera, isto é andar enganándonos a nós mesmos, 230 millóns de pesetas de débeda de entrada me parece unha auténtica barbaridade, ¿verdade?. Pero bueno, a iso hai que sumar que, como xa se dixo aquí, eu non teño interese neste tema, o único interese téñeno os concellos, a min os concellos veñen por aquí, hai 8 ou 10 que queren comprar un camión, hai outros que andan cun camión paseando todos os día polo municipio, como non fan custes do que lle custa andar, porque hai algúns que recollen a basura no mesmo sitio 7 días. Eu digo, bueno, despois dicía tamén o Sr. Mosquera, con razón, e que non facemos cálculos do que vale recollela no rural, porque se fixeramos cálculos, evidentemente, ó mellor non chegaban nin 100 nin 200. Si é certo que a Deputación de entrada, para intentar harmonizar e todo isto, vai a poñer unha partida inicial para que eses desequilibrios non se toleren. Non é de recibo que concellos moi próximos aquí a Pontevedra, que algún xa o mencionou, neste caso, o propio Sr. Mosquera, estiveran cobrando ata hai dous meses 6 euros, e ademais gobernado incluso polo Partido Popular. E claro, ten que vir unha norma onde lle din, “oe, non, non, non, vostede no Plan de Viabilidade do seu concello ten que cobrar tanto”, entón, se cho impoñen ó final acábalo asumindo, e aínda así con perda, claro. Entón, eu creo que neste tema o Partido Socialista se equivocou de plano, se equivocou de plano, e bueno, eu creo que lle pasa un pouco como anda agora mesmo, eu espero que algún día encontre o rumbo, porque se en Cataluña os Socialistas din unha cousa, os de Madrid din outra, os de tal, a verdade é que así é imposible, ¿verdade?, ten un problema de rumbo, está desnortado o barco, calquera día, bueno, xa tropezaron nas pedras varias veces e vai a ir o barco a pique. Entón, eu lle faría un plantexamento, sexamos serios, vostedes déronlle orde de arrebato ós alcaldes socialistas que están en contra, porque ademais o curioso que di a moción, di, ó final di, “instar ó grupo de goberno a redactar un novo plan”, imos a ver, o grupo de goberno xa redactou un plan, ¿se vostedes proponlle outro?, a ver, traiano para aquí, coa vontade de que priorice a reciclaxe, xa prioriza a reciclaxe, imos a separar máis, que é o que temos que buscar para dalgunha maneira ter menos gastos, “e que non invada competencias municipais”, xa o dicía o Sr. Mosquera, ¿que competencias?, aquí vén o que quere, o que non queira vir que non veña. Pero, eu lle dixen o outro día a un alcalde noso, que, por certo, lle custaría a metade, con nós que facéndoo el mesmo, e díxenlle ó alcalde, neste caso do Partido Popular, lle dixen, “oe, se ves que te crees autosuficiente e o queres facer ti iso e máis o resto, oe, pois faino ti e a Deputación non quere vir aquí a nada”. Entón, eu creo que nos estamos enganando todos, me refiro a que o Partido Popular, grupo de goberno da Deputación, o ten claro, agradezo moi sinceramente ó grupo do Bloque Nacionalista Galego por ter a claridade neste tema, pero non só falada aquí, senón demostrada, hai un alcalde moi próximo aquí que está cobrando 110 euros, porque sabe que ese servizo ten un custe, e claro, e hai compañeiros, no caso tamén do grupo do Partido Popular, que están cobrando 22 e despois, e lle clavan ás empresas 3.500 euros. E despois non só contentos con iso senón que o de Pontevedra cobra unha vez ó ano, non sei, o de Barro cobrará, ó mellor, tres veces ó ano, quere dicir, o importe, o outro cobra catro veces ó ano, o outro cobra ó semestre, ou sexa, é un cachondeo, é unha auténtico cachondeo. Entón, a casa, unha casa ó lado da outra, este paga 60, o do lado paga 100, pero eu, eu vivo no mesmo rueiro, aínda que pertencemos a municipios distintos, e, ¿como eu pago 60 e ti 100 polo mesmo servizo?. E despois non só iso, a min cóbranme dúas veces ó ano, a min cóbranme tres, pero, é un cachondeo, isto é un cachondeo. Entón, eu o que invito é ó Partido Socialista, polo menos neste tema, nos outros non sei se lle poderei axudar eu, probablemente máis ben non, pero, neste tema, pois, se quere, invitámoslle a formar parte dun grupo de traballo urxente onde participemos, pois, evidentemente, os grupos políticos que aquí hai, o Partido Popular e o Bloque Nacionalista Galego o temos claro, o Partido Socialista parece ser que non, para que, xa digo, se teñen vostedes un plan mellor nós queremos velo, queremos coñecelo, nós xa presentamos un plan, non é dicir, oe, presenta un e agora presenta outro, non, nós presentamos un, aquí están os datos, aí está toda a información, hai unha Comisión de traballo, por certo, composta por alcaldes de todas as cores políticas para que non houbera ningún tipo de problemas, e, por certo, no seu partido alcaldes que xa nos mandaron a súa comunicación por aquí facendo algún comentario de que había que revisar algúns datos e nada máis. Ou sexa que, sexamos serios, sei que tivo moito eco mediático, “o Partido Socialista se desvincula e tal porque é unha intromisión nas competencias e ámbito municipal”, oe, eu non quero entrar nas competencias de nadie, eu cando alguén veña aquí a pedirme para comprar un camión, dígolle, “oe, falade alí co Partido Socialista que volo compra el”, porque ó final seguramente llo vai resolver, ou contedores. Este é un tema que ben feito, ben estruturado creo que nos vai a dar, pois, unha imaxe que agora mesmo non temos e sobre todo solucionar un problema grave é reducirlle ós cidadáns o custe deste servizo se é posible, á parte de dar un mellor servizo, que eu estou plenamente convencido que o vamos a dar, e ademais, o Sr. Mosquera xa o comentara aquí nunha ocasión, de que habíamos, certo é, que por parte da Deputación poñer en marcha canto antes este Plan, tardamos un pouco porque aquí, bueno, que aquí non o teño, pero, o volume de datos que se fixeron e que se pediron, e que se foi municipio a municipio é, bueno, son miles e miles e miles de datos, ¡eh!, claro, este é un traballo serio, non é un traballo de andar pola casa. Entón eu, invito ó Partido Socialista a que, neste tema, poida lograr o rumbo, polo menos válelle para iso e nos sentamos e nos poñemos a traballar, pero xa mesmo, porque hai algúns que non saben que van a facer, eu lle dixen, bueno, eu non teño solución, só puxen un exemplo, ¡eh!, que era o que dixen antes, ¿non?, Morrazo, 16,6 millóns máis todo este ano 12, 230 millóns de euros máis, ou sexa, son case 2 millóns de euros máis, bueno, estaremos case nos 20 millóns de euros, non sei o que van a facer. Eu non lle podo dar a solución a eses concellos de entrada, eles me din, “non, é que nós entrabamos pero, claro, nos terían que asumir a débeda”, ¿a débeda?, ¿e quen a vai asumir?, entón, ó final, pois iso, imos desviando a bóla e ímola pasando a outro ata que ó que lle toque lle rebente, entón, bueno, se queremos iso, pois, alá cada quen. O Partido Popular, e como digo agradezo e felicito tamén a intervención do Sr. Mosquera en relación a este tema, o temos perfectamente claro, non sei, se por parte do Partido Socialista, xa digo, os invito a retirar esta moción e a poñernos a traballar xa ou se quere a votamos, pero xa pode entender cal é o significado do voto do Partido Popular e creo tamén do Bloque Nacionalista Galego. Ten vostede a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Pois moitas gracias de novo. Ademais dos xuízos de valor que se fixeron nestas dúas intervencións, e poucas cousas ditas en concreto, eu o que quero é que, cando menos, dúas que queden claras, e é que os 6 concellos posiblemente afectados do Partido Socialista na provincia, pois, se manifestaron en contra disto e seguen manifestándose en contra, eu creo que escoitei por aí de que non era así. O que si hai algúns do Partido Popular que si fixeron manifestacións públicas de que non están pola labor de entrar neste convenio. Eu vou a facer algunhas respecto ó convenio, é dicir, a miña primeira intervención, por exemplo, non hai nada novedoso, non hai, nadie lle preparou un estudo de algo novedoso de recollida de lixo, algo xa propio deste século, seguimos co mesmo de principios do século pasado, iso por un lado. Pero mire, o que vostedes propoñen, concretando, concreto, o que vostedes propoñen en convenios a cada un dos concellos, se o primeiro obxectivo do convenio é acadar a máxima eficacia, eficiencia, racionalidade e calidade na súa prestación, iso leva implícito o equilibrio económico-financeiro, ¿verdade?, pois, vostede, á parte é unha esixencia legal, pois, o contido da cláusula quinta do convenio, casa malamente con estes obxectivos, porque vostedes poñen nese convenio de que no seu apartado 2 que os concellos deben aboar a diferencia entre a liquidación neta do padrón provincial da taxa de recollida e tratamento de lixo e o custo real do servizo. ¿Isto que significa? Pois, que se está contemplando que exista a posibilidade de que non se logre o equilibrio económico-financeiro, que como queda dito, é unha esixencia legal, iso poñen vostedes na proposta de convenio, xa indo ó concreto, non é xuízo de valor. Neste sentido, polo tanto, débese establecer unha fórmula para que a taxa aprobada poida ser modificada para acadar dito equilibrio, xa que logo o servizo que se presta debe ser financiado cos ingresos procedentes do tributo e non completado con fondos municipais, o que non contribuiría nada ó saneamento das maltreitas arcas locais polos déficits resultantes da actual situación, déficit que vostede tamén xa falaba que teñen. Tamén parece, totalmente esaxerado, que a garantía do cumprimento dos compromisos adquiridos por parte dos concellos sexa a aceptación íntegra como garantía do IBI e do IAE que xestiona o ORAL, polo que resulta absolutamente desproporcionado que a Deputación que si se vai a beneficiar da delegación dos tributos porque cobran un porcentaxe por esa delegación, pretende ademais aceptalos, integramente, como garantía dun déficit que non debería producirse pero que vostedes asumen que podería darse. E por canto, a Comisión de Seguimento, que sería composta un 50 % de alcaldes de concellos e un 50% da Deputación, que tampouco estamos de acordo en tanta presencia da Deputación, do 50 %, pois, non se inclúe, non se inclúe, que formen parte do procedemento de licitación e adxudicación do concurso público para a contratación da concesión do servizo provincial de recollida e tratamento de lixo. E ademais, e ademais a aportación dos medios materiais que aportan os propios concellos e incluso a falta de concreción da taxa a impoñer, que segundo os estudos económicos que vostedes entregaron ós concellos pode variar nunha banda de ata un 30 %. Isto condiciona, sobremaneira, que os propios concellos poidan adoptar unha decisión, estes non son xuízos de valor, son cuestións técnicas que van no prego e no convenio que vostedes propoñen. Polo tanto, a cousa non debe de ir tampouco moi ben, por canto isto tiña que entrar en vigor o 1 de xaneiro do vindeiro ano e parece que non vai a ser así. De todas maneiras, como, para non entrar en máis, nin máis cuestións, non imos a falar doutros temas, nin de como vai o Partido Popular nin os recortes que fai, iso non, en canto á nosa vida interna, pois, xa nos ocupamos nós, non fai falta que se ocupe nadie, porque ó final o que vimos a falar aquí é deste convenio, deste contrato, non doutras cousas, pois, nós lle respostaremos, nos parece positivo, que inviten a ese grupo de traballo, nos parece positivo, agora, fíxese de todo o que se leva falando, este grupo provincial lle daremos unha resposta ó respecto. Nos parece, de entrada, positivo de que se acorden, aínda que tarde, de invitar a este grupo a participar, pois, nese grupo de traballo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- D. Santos Héctor, a Deputación traballa, terá algunhas cousas, como todo na vida, un se equivoca, pero aí invitamos, precisamente, nese grupo de traballo, que xa leva meses, moitos meses traballando, eu diría que case un ano, pois, alcaldes de todas as cores políticas, que son en definitiva os que vostedes dicía que invaden as competencias. Estiveron alcaldes do Partido Socialista, do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Popular, e fixemos unha representación, incluso, que tivera un ámbito comarcal e ver como estaba funcionando o seu servizo, e estiveron aquí con nós, que eu lle quero agradecer a eles a súa participación. Polo tanto, aí, a maiores, xa digo, porque o Partido Socialista quere marcar, quere, dalgunha maneira, fixar posturas sobre isto, se a quere fixar, xa digo, nesa Comisión de Traballo, non hai ningún problema, que o invitamos tamén, e facémolo, primeiro, agora, hai que facer o grupo da Corporación provincial cun, eu propoño que, pois, cada grupo aporte unha ou dúas persoas, sobre todo, vamos aquí no caso do Grupo do Partido Popular, temos alcaldes que teñen experiencia neste ámbito, e polo tanto, eu, a min me gustaría que participaran canto antes porque, hai unha urxencia, acabo de dar datos de que se vexa cal é a urxencia, aínda que iso é un tema que haberá que abordar dende outro ámbito, probablemente non dende a Administración provincial, porque aí hai un gravísimo problema, entón, somos conscientes desa situación. Entón eu, xa digo, me porei en contacto, vamos, nos poden pasar que persoa do grupo, que persoa ou persoas, do Grupo do Partido Socialista queren estar nesa Comisión de traballo e de seguimento deste tema para avanzar, definitivamente, definitivamente, na posta en marcha do Plan Provincial de Recollida de Residuos. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver, efectivamente, poden chocar o que se queira e demais, nós repetimos a mesma argumentación, cremos que é un tema o suficientemente serio, que se supéramos, se fóramos capaces de enfocalo, irlle quitando unha serie de problemas, históricos, que se lle foron sumando e que non axudaron en nada, ¿non?, desa concepción de servizo á porta da casa, da case gratuidade, en fin, de toda a cultura que se creou ó redor disto. E, se fóramos capaces a avanzar un pouquiño, algo, e ademais creo que estaríamos cumprindo unha moi boa función, ¿non?. Igual a percepción que hai dende o entorno de Pontevedra é un tanto diferente, aquí eu creo que tanto os concellos que están ó redor de Pontevedra, Vilaboa, Poio e demais, distintas forzas políticas, creo que todos o miraron con bastante cariño, en todo caso, bueno, pois, por motivos obvios, pois, por motivos obvios, aínda que Poio creo que ten, máis ou menos, auto, ¿non?, se financia, finánciase, máis ou menos, pero estamos falando de que un concello que cobre ó redor de 40-50 euros, igual se lle está indo o 6%, o 7% do orzamento, en déficit da recollida do lixo, no orzamento, que son cifras e máis, entón, ó final hai cousas que son profundamente inxustas, porque parece que queda moi feo e moi duro o dicir “é que hai que subilo”, e que son profundamente inxustas oiga, se custa ese servizo como lle custa, e tal, tamén lle custa ir comprar o pan, ir comprar non sei e lle custa non sei canto. Ben, en todo caso, sempre se pode ir a un período transitorio, de intentar ir ó custe real, e se hai persoas ou o que sexa que están nunha situación, ou familias ou negocios o que sexa, nunha situación moi difícil, pois, igual facer outro tipo de bonificacións, xa sabemos que son moi complexas de negociar, pero bueno, sempre pode haber períodos transitorios que é ó que se refería a emenda que presentamos nós no orzamento, máis ou menos ía por aí, ¿non?, de que a Deputación, pois, se encargue en certo modo de financiar ese período transitorio, ¿non?. Un último matiz, con respecto ó borrador do convenio, que non nos parece que ten cláusulas non especialmente afortunadas, supoño que máis ben metidas por cuestións. Sr. Presidente.- Cuestións legais. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, claro, metidas por distintos funcionarios e demais, que igual, igual houbera sido mellor facer unha especie de protocolo máis que un convenio, e quedara claro que é o que se perseguía, e non con tanta cláusula legal que se pode dar a entender. ¡Home!, tal como está redactado pode haber dúas interpretacións, a que fixo o portavoz do PSOE, pero tamén hai a outra que se unha corporación, un alcalde, se empeña en manter a taxa baixa pode mantela, pero, entón, que o déficit que o pague, claro para pagalo hai que ter de onde sacarllo, claro é que, claro, ó ser un articulado xa tan metido en, ¿non?, e tal, e pon, e claro, e igual se presta a esas lecturas, tamén se pode prestar a outra, claro, é comprometerse a gastar aquí todos os recursos, bueno, ben, igual de aí vén o defecto, igual de intentar correr máis rápido do que daba. Bueno, iso creo que é, o noso plantexamento está claro, e á parte non é un plantexamento teórico, é que, onde temos, digamos onde tivemos tempo suficiente para implementar ou para botar a andar as medidas, claro, nun sitio que levamos gobernando con minoría como Cesures ou o que sexa, bailando, pois igual non tes tempo para ir equiparando a taxa ó custe do servizo, pero claro, onde si o temos é o que fixemos, entón, non imos a defender agora unha cousa diferente aquí, vamos, sería unha cousa absolutamente incoherente. Sr. Presidente.- Si, a verdade é que esa é a realidade, polo tanto, eu, xa digo, pídolle a todos os grupos que me digan as persoas que deben conformar, un grupo de traballo reducido, claro está, para non, porque senón ás veces, que teñan visión de futuro e darlle solución a este tema. E, polo tanto, se lle parece ó Partido Socialista, pois, votamos, se quere, en todo caso a moción e nos poñemos a traballar, bueno, o que queira. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, nada, pasalo a votación e nós dende o grupo provincial nos congratulamos de que isto servira, cando menos, para este resultado final, como mínimo, para isto, para esa consideración, por parte da Presidencia, de poñer un grupo de traballo, e creo que é algo moi importante, moi importante, é un contrato importantísimo, como para que o tratemos con todo esa, ese rigor e ademais cun debate o máis amplo posible. Por tanto, nós si pedimos que se vote a moción e lle faremos chegar a nosa resposta en canto para o grupo de traballo. Moitas gracias. E aproveito, como creo que non teño ningunha intervención máis para desexarlle a todas as Deputadas e Deputados un feliz ano novo. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias, D. Santos Héctor. Procedemos, polo tanto, á votación da moción do Partido Socialista. ¿Votos en contra?. Partido Popular e Bloque Nacionalista Galego. ¿Votos a favor?. Partido Socialista. O Pleno acorda por maioría de votos, en contra da Moción, do PP e do BNG e cos votos a favor do PSdeG-PSOE, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE en relación co proxecto do plan de recollida de lixo na provincia. 12.6311.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE EN RELACIÓN CON PROXECTO DE ARRANXO DE DEFICIENCIAS NO CEIP “NUESTRA SEÑORA DE LOURDES”, DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO Sr. Presidente.- Punto 12. Moción do Grupo Provincial Socialista en relación co proxecto de arranxo de deficiencias no CEIP “Nuestra Señora de Lourdes” do concello de Mondariz-Balneario. D. Eduardo Reguera, ten a palabra. Sr. Reguera Ocampo.- Gracias Sr. Presidente. Nesta moción que presenta o Grupo Provincial Socialista, é un pouco darlle traslado a unha serie de peticións de deficiencias no colexio público de Mondariz-Balneario. Dentro de todas as comunidades educativas están preocupados, dentro da Comunidade Autónoma, no mantemento de ditos centros, sobre todo nos centros de ámbito rural, por iso que nós, dándolle traslado a esas peticións dos pais e nais do CEIP Nuestra Señora de Lourdes, pois, pretendemos que os arranxos deste centro público, que son uns arranxos menores, que son uns arranxos dos servizos e dunhas pinturas das aulas, pero son menores porque bueno, está onde está, está nun concello pequeno, onde ten un presuposto pequeno e onde xa todas as peticións destes pais foron ninguneadas polo alcalde de dito concello. Polo tanto, instamos ó Presidente, instamos dende aquí, dende o Grupo Socialista, a que o Pleno da Deputación colabore co concello de Mondariz-Balneario a realizar un proxecto de arranxo destas deficiencias no CEIP Nuestra Señora de Lourdes coa maior brevidade posible, e que, no segundo punto, que fora a cargo co 20% de reserva do Presidente do PID de 2012. Sr. Presidente.- Bueno, pois moitas gracias. Pero bueno, nós non podemos entrar na autonomía municipal, bueno, pero en todo caso, o sitio, o lugar axeitado para iso é o propio concello, debe ser quen decida, á parte de ser unha instalación que supoño que é municipal, pero creo que debe ser o propio concello, o concello fixo uns plantexamentos en base ós criterios de reparto, porque si é certo que Mondariz-Balneario non entrou nos criterios de reparto pero si trasladou unhas peticións, que en todo caso creo que non é ningunha desas, e, polo tanto, ese tema haberá que tratalo no sitio que corresponde que eu creo que é o concello, así o vemos nós. Sr. Reguera Ocampo.- Bueno, é certo que a Deputación de Pontevedra non ten competencias en educación, pero creo que nese 20% que ten á súa disposición o Presidente para aquelas obras que non están incluídas, que non son incluídas nos concellos e que non son urxentes pode acceder a esas obras, ¿non?, que ademais que, que ultimamente, pois, o Partido Popular está facendo un desmantelamento da política educativa sobre todo no rural, sobre todo no rural, e neste pequeno colexio, que é un colexio de moi poucos alumnos, que por exemplo ten, á aparte desas ten outras deficiencias a maiores, e polo tanto, creo que esta administración si que ten que axudar, ten por exemplo, fáltalle o acceso de minusválidos, os ordenadores están obsoletos, e ademais, e ademais, hai alumnas do colexio Divina Pastora que son nenas de familias desestruturadas que tamén asisten a este colexio. Polo tanto, eu creo, e que debera ser posible, que o concello ou que neste caso a Deputación, pois, tomara parte e á aparte eu creo que o gasto non sería moi importante, e, polo tanto, creo que sería, creo que sería bo que lle botase unha man ó concello de Mondariz-Balneario. ¡Home!, dicir tamén que vostedes tampouco teñen competencias e tamén firmaron convenios coa Diocese de Tui-Vigo e co Arcebispado de Santiago de Compostela. Por exemplo vostedes, vostedes na Xunta de Goberno deste mes de decembro, do 5 de decembro, pois home, pois, deron 5.900 euros para o pintado da igrexa de San Adrián de Cambados, ou para a rehabilitación do Adro de San Caetano de Crecente, de 3.967 euros. E que todo isto, con todas estas axudas dadas para rehabilitación e pintados de igrexas, pois, forman unha cantidade de 45.521 euros, ¡home!, non sei se será para vostedes máis importante e prioritario, pois, darlle unha subvención de pintado para unha igrexa que darlle unha subvención de pintado para unha escola infantil e pública. Sr. Presidente.- Pois, xa digo, vostede ten un criterio pero, concretamente, en base a ese tema, pois, aquí hai unha forma de proceder, eu creo que unha labor non impide a outra, en todo caso alí hai un Alcalde que ten superavit, na xestión municipal, curiosamente, e polo tanto, bueno, pois, el, debe ser quen decida que inversións se deben facer, en todo caso, senón parece que estaríamos apelando a aquela moción que vostedes presentaron, ¿non?, que invadimos nós, por outra vía, por arriba a, neste caso, a decisión de ámbito municipal, ¿non?, tratándose dunha instalación, non debemos ser nós, senón que o concello ten un órgano que é o Alcalde e a Xunta de Goberno, quen debe de decidir que tipos de actuacións se acometen nas instalación municipais e non ser nós, facelo, neste caso, dende aquí. Polo tanto, eu, xa digo, invito ó Partido Socialista a que presente esta iniciativa no concello de Mondariz e despois que nola traslade, en todo caso, pero eu creo que esa é a norma a seguir. ¿De acordo?. Moitas grazas. ¿Votos en contra?. Partido Popular. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos, en contra da Moción, do PP, coas abstencións do BNG e cos votos a favor do PSdeG-PSOE, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE en relación con proxecto de arranxo de deficiencias no CEIP “Nuestra Señora de Lourdes”, do concello de Mondariz-Balneario. 13.6312.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Non houbo. b) Parte de información e control: 14.6313.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Dar conta das resolucións. Sr. Secretario.- Dar cuenta de las resoluciones presidenciales dictadas entre el 30 de novembro e o 20 de decembro deste ano. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 30 de novembro e 20 de decembro do ano 2012 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 15.6314.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Secretario.- Y, ruegos y preguntas, no tenemos nada. Sr. Presidente.- ¿Algún rogo, algunha pregunta?, senón, feliz ano 2013 a todos e a todas e moitas gracias. Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)