ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2012-09-28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/2.2012-09-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012-09-28_Ordinaria

  • Data(s) 2012-09-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 135 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 28 de setembro de 2012 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e oito de setembro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Don Fernando Guitián Guitián (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días. Vamos a dar comezo a este Pleno ordinario da Corporación Provincial. 1.6260.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto: Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións: ordinaria do 27 de xullo, extraordinaria do 7 de setembro e extraordinaria urxente do 17 de setembro de 2012. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións: ordinaria do 27 de xullo, extraordinaria do 7 de setembro e extraordinaria urxente do 17 de setembro de 2012. 2.6261.- TOMA DE POSESIÓN DE D. FERNANDO GUITIÁN GUITIÁN COMO DEPUTADO PROVINCIAL Sr. Presidente.- O punto número dous. Toma de posesión de D. Fernando Guitián Guitián como Deputado Provincial. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Si, se ha recibido en la Secretaría…se ha recibido en la Secretaría de la Junta Electoral Central, la credencial de Diputado Provincial a favor de D. Fernando Guitián Guitián y, toda vez, que ya ha presentado declaración de bienes patrimoniales, declaración de causas de posible incompatibilidad, así como, la liquidación del impuesto de la renta y de sociedades, no hay, pues, obstáculo legal para su toma de posesión. Sr. Presidente.- Polo tanto, pedímoslle a D. Fernando Guitián que pase a tomar posesión. Sr. Gutián Guitián.- Xuro, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Presidente.- Pasa, entonces, a tomar o seu escano e dámoslle a benvida ó novo Deputado, agradecendo, tamén, o labor do anterior Deputado Provincial D. Alberto Pazos Couñago. Unha vez recibidas da Xunta Electoral Central as credenciais de Deputado Provincial a favor de Don Fernando Guitián Guitián e presentadas na Secretaría a declaración de bens patrimoniais, declaración de causas de posible incompatibilidade, así como, a liquidación do imposto sobre a renda, e non habendo obstáculo legal, toma posesión do cargo de Deputado Provincial D. Fernando Guitián Guitián. a) Parte resolutiva: 3.6262.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE PORTAS DA XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR SUMIDOIROS, ASÍ COMO, A RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRO NA TESOURERÍA MUNICIPAL DE DITA TAXA Sr. Presidente.- Punto número tres. Delegación do concello de Portas da xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por sumidoiros, así como, a recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería municipal de dita taxa. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?, ¿a favor?. O Pleno do concello de Portas na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2012 acordou a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación dos ingresos derivados da taxa de sumidoiros e a recadación ,en vía executiva, dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería municipal de dita taxa. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 21 de setembro de 2012 acordou aceptar e elevar ó Pleno Provincial para a súa aceptación definitiva a delegación efectuada polo Pleno do concello de Portas para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por sumidoiros, así como a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería municipal de dita taxa. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que as citadas delegacións figuran dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación efectuada polo concello de Portas para que a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por sumidoiros, así como a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería municipal de dita taxa. 2. Esta delegación do concello de Portas, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación, en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL, aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009, e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín oficial da provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Portas así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Portas para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por sumidoiros, así como a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería municipal de dita taxa publicarase no Boletín oficial da provincia e no Diario oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6263.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA O ANO 2012 Sr. Presidente.- Punto numero catro. Bases reguladoras do Plan de investimentos e gastos correntes da Deputación Provincial para o ano 2012. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera…. ¡Ah!, si, como xa é coñecido, si. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Empezamos? Sr. Presidente.- Si, pode empezar. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno, entonces, o Plan dáse por explicado, ¿non?, ou sexa que… Sr. Presidente.- Bueno, tivérono na Comisión Informativa, ¿se quere? senón o portavoz pode….quere explicalo, pois o portavoz, adiante. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días, hoxe presentamos, que xa pasou polas Comisións correspondentes, un Plan de investimentos e gastos correntes para Concellos e entidades desta, desta provincia. Un proxecto de investimentos que vai destinado a infraestruturas, a saneamentos, a abastecementos, seguridade viaria, locais sociais, mellora de espazos públicos, humanizacións, etc. Tamén para a amortización do endebedamento con entidades financeiras, pagamento de débedas a acredores de investimentos, débeda do Estado e, tamén, a posibilidade de gastos correntes, luz, auga, electricidade, recollida de residuos e, excepcionalmente, poderase valorar algún outro tipo de gastos correntes. Este é un plan de 18 millóns, estes apartados o 2, 3 e 4 sería ata o máximo do 30% do importe recibido e, loxicamente, poderán adherirse ós plans provinciais, concellos, concellos para a agrupación de servizos, agrupación de concellos tamén, con proxectos que poidan ser supramunicipais e vai destinado a concellos de máis de 1000 habitantes e ata 50.000. Os criterios da concesión son, por concorrencia competitiva, un importe fixo de 122.000 euros e un importe variable do 50% poboación, 50% territorio. Os criterios de clasificación: apoiaranse aqueles proxectos adheridos ós plans provinciais de xestión de servizos municipais. Tamén se apoiaran os proxectos presentados por agrupacións de concellos e primarase a aqueles concellos que opten por proxectos de investimentos en detrimento do gasto corrente. O obxectivo do plan é a creación de, aproximadamente, 1000 postos de traballo e execución de proxectos xeradores de riqueza e investimentos produtivos, axuda ó equilibrio económico e financeiro das entidades locais, a cooperación municipal a través da agrupación de concellos e, tamén, a optimización dos recursos públicos a través de proxectos supramunicipais. Creo que é un plan importante, dunha cantidade moi significativa de 18 millóns de euros e na situación de crise na que estamos vivindo, na situación complicada na que moitos concellos están a pasar momentos de dificultade financeira, pois, tamén, se abre a porta a esta posibilidade destas opcións de poder facer aportacións a débedas, tamén, a débedas do Estado e a gastos correntes que, moitas veces, se plantexou por parte dos concellos e, nunca, se levaba a cabo, eu creo que é un Plan que cumpre coa demanda que se plantexa desde as entidades locais, tamén, un Plan que vai a beneficiar, dunha maneira clara, a xestión dos propios concellos e das propias corporacións porque intentar o que unha cantidade importante poida ser destinada a gastos correntes, bueno pois, ó final, tamén significa que sabemos da importancia que pode ter, neste momento, ou sexa a relevancia que pode ter polas dificultades que están a atravesar os concellos. Eu creo que este é un Plan responsable, un plan que se axusta as demandas que se plantexan e un Plan que vai a beneficiar, dunha maneira clara, a todos os veciños e veciñas da provincia de Pontevedra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Moi bos días a todos e a todas, ¿non?. Estamos, estaba contemplada no orzamento, xa esta modificado, estamos ante o que chaman Plan de investimentos e gastos correntes da Deputación por importe de 12 millóns de euros, non?. A ver, todo isto é un pouco churro porque, primeiro, di que é para concellos, cando a inmensa maioría deste gasto vai ser xestionado pola propia Deputación, os concellos só van a propoñer en que obras se fan, cuestión que non é baladí e que ten moitisima importancia e veremos que consecuencias ten, ¿non?, parece que os concellos son menores de idade que non poidan xestionar as súas obras ou as obras que finanza a Deputación, primeira cuestión e sumamente importante. En segundo lugar, se nos trae a comisión o martes, sen haber nin expediente, aquí na casa do lado, normalmente a oposición cando se dá con tres días antes, monta o lío e di que non lle dá tempo, aquí resulta que o manda sen…convocan a comisión sen haber, sen haber expediente, incluso, houbo que corrixir algunhas erratas do documento da proposta na propia, na propia comisión. En terceiro lugar, din que son subvencións en concorrencia competitiva, hai que ter imaxinación, hai que ter imaxinación, é forte, é un reparto e punto, cunhas cantidades e demais porque chamarlles subvencións e así se un ten máis méritos que outros ou fai un proxecto mellor ca outro pois se leva máis que outro e non, iso non ten absolutamente nada que ver, nada que ver, co que estamos falando nin coas bases que hai aquí. Hai que ter imaxinación, non sei a quen se lle ocorreu pero, desde logo, o responsable político ou o funcionario ou funcionaria que se lle ocorreu tal cousa hai que felicitalo pola ocorrencia que non ten nada que ver coa realidade, pero bueno, a imaxinación, o papel, resisten, resisten todo. Seguindo co que, co plan este, ¿verdade?, bueno, o discurso, o rollo que nos solta sobre o 20% de concesión directa, agora, se xa non é de libre disposición do Presidente, agora chámase de concesión directa ou outra de concorrencia competitiva, imaxinación ó poder, vamos, unha cousa bárbara, de concesión directa, o rollo e a perorata que nos solta sobre eses criterios de concesión directa e non concesión directa é, francamente, delirante sobre, para encubrir que o 20% do plan queda ó dedo do Presidente, dito isto, vamos ó fondo do reparto e dos fins, nestes momentos anda, circula, polo menos, no que é no Partido Popular en Madrid ou no Goberno do Estado, de que temos un grave problema porque hai concellos pequenos que se deben fusionar, ou non tan pequenos, ou non se sabe que, bueno, pois os criterios de reparto que fan aquí dan cousas tan, tan simpáticas como que a gran ilusión do Sr. Crespo que era que todos os concellos do Deza se converteran nun concello e pois, Lalín, Silleda, Agolada, Rodeiro, ¿non?, e Vila de Cruces, sería unha gran solución, pois resulta que, os cinco, os cinco por separado, os cinco por separado agora, vanse levar deste plan da orde de 1.300.000 ou 1.400.000 euros, ¿vale?, os cinco xuntos levarían 400.000 euros e se suman Forcarei, por exemplo, levarían 0 euros, 0 euros. Ou sexa, digo, a contradición nos criterios, deste tipo e, se Lalín se dividira en tres e Silleda en dous en vez de un 1.400.000 levaríanse case 2.000.000, os concellos resultantes. Si queremos, poñemos doutra maneira, exactamente os concellos, nos concellos de menos de 10.000 habitantes este plan en obras que vai facer a Deputación, neses concellos, nos concellos pois se leva 40 euros por habitante, entre os concellos entre 10 e 20.000 se leva uns 18 de media e os concellos entre 20 e 50, 11 e pico euros por habitante, e os concellos de máis de 50, 0 euros por habitante, iso é sostibilidade da administración local e intentar que funcione coordinadamente e aproveitar a economía de escala, exactamente, todo, todo ó revés, absolutamente, todo ó revés. Pasar de 40 a 10 e a 0, bueno, pode haber unha pequena corrección, iso sempre se pode discutir, agora, isto é unha auténtica barbaridade, é unha auténtica barbaridade de distribución con respecto ó que significa, porque está pensado para que exista a entidade, si hai unha entidade con 2.000 habitantes lévase, pois, proporcionalmente, 10 veces máis que unha entidade xuntando 20.000 ou 30.000 habitantes, é unha barbaridade, unha auténtica barbaridade, isto non ten pés nin cabeza, eu, francamente, pediríalle que o retirarán ou modificaran e fixeran uns criterios é que podemos ter certas diferenzas ou podemos coincidir ou non pero isto non, isto non, isto non. Que un concello, tal como está o criterio de reparto, vai dar, senón xa o verán, cando fagan as contas, non sei se están feitas ou non e non nolas deron, van dar que concellos de 2.000 habitantes van levar bastantes máis cartos que outros de 11.000 ou de 12.000, senón … proporcionalmente e, incluso, en termos absolutos é unha auténtica barbaridade o que están a facer e cando, digamos, e o momento de priorizar absolutamente os recursos mirar onde fan falla e non primar de maneira indiscriminada a existencia, ou non, dunha administración, de existencia dun concello e demais. Soamente polo feito de ser un concello se leva 122.000 euros, ¿verdade?, e despois entra no reparto e dá igual que teña 40.000 habitantes a que teña, pois, 1.200, dá, exactamente, igual é unha discriminación, absoluta, con respecto a, vamos, a poboación e as necesidades da poboación é unha discriminación brutal. Caso á parte, xa é o de Vigo e Pontevedra no que, esta Deputación parece que non é, á parte de institucións que poida ter a propia Deputación alí, parece que non existen e levamos, fomos pasando de haber un convenio específico, non sei que, á nada, á nada máis absoluta, bueno, se consideran que as aglomeracións urbanas, pois, teñen, digamos por economía de escala iso que vostedes non están potenciando, senón todo ó revés, pois hai que quitalas, pero e, resulta que Pontevedra ten no rural uns da raia para aquí e outras da raia para alá con Pontecaldelas, con Campo Lameiro, Combarro, pois resulta que está no rural, pois, vinte e tantos mil ou trinta mil habitantes ou vinte e tantos mil que quedan cero, incluso aínda que vaiamos con eses criterios quedan en 0 e, Vigo, senón me acordo mal, ten como 80.000, ten como 80.000 habitantes no rural, que tamén quedan en 0, se están nunha raia, se está ó lado un concello pouco poboado desta Deputación recibe obras, pois se cadra, por orden de 40 euros por habitante, pero se está da raia para o outro lado, aínda que sexa igual de rural recibe 0. Pediríalle, non houbo maneira na comisión, trouxeron os papeis deixáronnos alí, non houbo maneira de estudalo antes, pediríalle que retiraran isto, que retiraran isto e que o fixeran dunha maneira, senón razoable de todo, polo menos, algo razoable e non isto, e non isto, que é unha discriminación absoluta, e no reparto dos fondos públicos nunha época en que andan escasos, tan escasos andan, de feito, os concellos que están en peor situación na provincia de Pontevedra non son precisamente os de 3.000 nin os de 5.000 habitantes, os que están en situación case desesperada non son eses tan pequenos, son outros bastante mais grandes claro, que saen tremendamente prexudicados neste reparto, non saen os concellos saen os veciños, saen os habitantes deses concellos tremendamente e absurdamente prexudicado sen pés nin cabeza, fágase algo máis razoable, eu pediríalle que o retiraran porque creo que, relativamente fácil, facer un reparto, cando menos, que teña visos de razonabilidade e non este disparate que nos presentan ó Pleno. Nada máis por agora. Sr. Presidente-. Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Bo día a todas e a todos e tamén dende o Grupo Provincial dar a benvida, tamén, ó novo deputado. Ben, estamos nun punto que é o plan de investimentos que os socialistas cremos que é do máis importante que podemos tratar ó longo do ano neste Pleno, nos Plenos da Deputación, como é un plan de inversións e o portavoz do Partido Popular, pois, a verdade, e que na súa exposición tampouco lle deu moita…puxo moito énfase á hora de desenvolvelo seguramente se reserva para unha segunda intervención, porque nos saudamos positivamente que se faga este Plan de Inversión porque ven a poñer de manifesto de que para combater a crise fan falla, tamén, políticas de inversión, políticas Keynesianas, que solo cos recortes e coa austeridade o único que se fai é incrementar o desemprego e a pobreza, polo tanto, queda dito que saudamos positivamente que se faga este plan de inversións. Dito isto, hai, algún aspecto co que nós non estamos de acordo, o primeiro é coas formas e coa premura con quen se plantexou o pasado martes, cremos que un Plan deste calado, como mínimo, debería ser comentado falado antes coa oposición e non levalo, xa, directamente á comisión informativa correspondente porque posiblemente algunha cousa poderiamos aportar. Miren, cando vemos as bases xa polo miúdo, pois nos atopamos que o primeiro que fai este Plan de investimento é non respectar ós concellos, porque é un Plan de Investimento, como di, como moi ben o di o texto, un Plan de investimentos que realizara a propia Deputación nos concellos, ¿que se está a facer?, pois non respectar a estas entidades locais que veñen desenvolvendo as inversións dos seus propios presupostos ano tras ano, que fan a adxudicación, que fan a xestión, que fan os proxectos, que fan o seguimento de todas e cada das inversións que fan eles dos seus propios presupostos, polo tanto, teñen capacidade e se o comparamos como foi o propio Plan E, que foi un plan que os seus fondos se distribuíron en función da poboación e despois entraremos na distribución pero vamos a entrar de quen o fai, cada concello fixo as súas propias obras e as xustificou sen ningún problema, polo tanto, ¿por que non se fai con este Plan de inversións?, ¿por que non son os concellos os que contratan os que xestionan e ten que ser a propia Deputación a que o fai?, nós dende o Grupo Provincial Socialista creemos que por tres cuestións fundamentais que poñen as bases en evidencia, primeiro o clientelismo, segundo que non son unhas bases transparentes e o terceiro unha agresión a autonomía municipal sen precedentes. Miren, cando vemos o propio desenvolvemento, cando se fala de concorrencia competitiva, algún compañeiro meu dicía:”….¿non será ocorrencia competitiva?….”, porque os primeiros 7.200.000 euros os distribúen de forma lineal, xa non hai concorrencia competitiva, nunha parte importante dese presuposto, xa é de forma directa e lineal independentemente do numero de habitantes, extensión de territorio, etc., etc., etc. E, o segundo grupo de 7.200.000 si asignan unha cantidade, para 36 concellos, 3.240.000 euros, para 16, 2.500.000 euros e para 7, 1.400.000 euros. E aquí, xunto co 20% restante é onde esta o truco, porque e onde vostedes falan desa concorrencia pero, a verdade, que cando vostedes despois o desenvolvan queda moi, moi a discreción do Presidente desta…, da Deputación. E xa, que dicir, cando se fala do 20% de libre disposición do Presidente, estamos a falar de 3.600.000 euros e as bases son moi curiosas, falan co obxecto de premiar a boa xestión dos concellos, isto como si estiveramos nos parvulitos, exactamente igual, non son unas bases claras, son unhas bases que, calquera que as lee, e de verdade, Sres. do Partido Popular, que as leron moitos políticos e moitos técnicos que saben disto e nos din que non hai quen as entendan, que non hai por onde collelas. Posiblemente foi pola premura de, realmente, non facelas ben, porque esta cuestión que nos estamos a plantexar da concorrencia, que estamos a plantexar desta contradición nas bases, o din o propio informe do Secretario e o propio informe do Interventor, fala diso e, vostedes, en lugar de corrixir as advertencias que lle fai o Secretario que lle fai o Interventor persisten, persisten nas mesmas bases. Miren, nos gustaría que este plan contara con máis fondos para investimentos, dicimos que é positivo que haxa estes 18.000.000 de euros eu creo que podía, podía cunha mellor xestión, podería haber máis medios e, dende logo, nós lle pediriamos, primeiro, que corrixiran estas bases, como mínimo, nas advertencias que fan o Interventor e o Secretario, onde falan de como se vai a acreditar as causas imprevisibles e excepcionais, fala dese 20% famoso que impide ir a concorrencia competitiva. Tamén, se vostedes van a levar, en todo caso, de persistir con estes se van a levar a comisión informativa correspondente as solicitudes ou as concesións que se fagan de forma directa. E, dende logo, dúas cousas máis, porque hai unha experiencia que é do anterior plan de inversións, no anterior plan de inversións da Deputación aínda estamos, este grupo, á espera de coñecer onde foi o 20%, o 20% que tiña o presidente de libre disposición, ¿a que obras?, ¿a que concellos?, ¿a onde foron?, mire que o levamos solicitado; segundo, a onde foron os importes das baixas, porque hai obras que se licitaron en concellos, poñamos por caso por 100.000 euros, que a licitación saíu por 80.000 euros, e os 20.000 euros restantes, ¿onde foron?, ¿onde están?, ¿onde se gastaron?. Aquí neste novo plan seguen sen aclaralo, polo tanto, nós lle queremos transmitir a nosa desconformidade con estes feitos, ademais, ademais de pedir que ese 30% que vostedes poñen aí como máximo que poida incrementarse na súa porcentaxe, e unha curiosidade, que non sei se vostedes, unha curiosidade pero eu creo que é importante, non sei se vostedes se deron conta, no informe do Interventor fala de que na aplicación 12/942.942.652.45 existe un crédito por importe de 16.348.817,17 euros que será suplementado por un importe restante 1.651.182.83 euros que será aprobado neste Pleno, é dicir, no punto seguinte, é dicir, vamos a aprobar algo que aínda non ten crédito, agora mesmo, que será aprobado ou non en todo caso, eu creo que isto lles dá a medida de que se fixo de maneira chapuceira, á présa e correndo e, dende logo, como digo, sen ter en conta o máis importante, os concellos, que son os que están directamente cos veciños e as veciñas que teñen capacidade para xestionar e para levar adiante este plan de inversións e que vostedes, Sres. do Partido Popular, lle negan esa posibilidade, ademais, ademais do oscurantismo que hai para o reparto de 7.200.000 por poboación e extensión do municipio e os 3.600.000 euros que ten de libre disposición o Presidente. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas grazas, D. Santos Héctor, ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, a verdade e que eu pensaba que, que dende a oposición ían a aportar algunhas cuestións máis positivas, porque ó final do plan non falaron. Falan dun informe de Intervención, por suposto, que estamos nós de acordo tamén co informe do Secretario e do Interventor, non podía ser doutra maneira, é dicir, din que se hai unha excepcionalidade hai que xustificala, por suposto que hai que xustificala e se vai a xustificar se houbese algunha excepcionalidade, vostede fala Sr. Mosquera, eu creo que non fixo os datos, non os fixo, vostede ten unha postura moi intelixente política, tira a pedra e esconde a man e despois, ademais vostede de números sabe bastante, eu creo que si…é moi fácil facelo, ¡eh!, senón o fixo e non o di é porque realmente non favorece as súas teses, é dicir, é todo o contrario, só hai que facer os números, se fai os números se dará conta de que os concellos máis beneficiados son os de menos habitantes, é dicir, iso pois ten a súa lóxica porque son os concellos que máis dificultades están pasando, son os concellos que teñen máis problemática á hora de conseguir axudas e subvencións e, polo tanto, este é un plan eu creo que, é un plan de cooperación é un plan de colaboración e de apoio a aquelas entidades que teñen máis dificultades, iso por un lado; o segundo tema, nos falan do fondo e das formas, home eu creo que tiveron tempo suficiente, foi un expediente perfectamente cumprimentado, un expediente que contou con todos os informes, nós non quixemos levalo á comisión anterior porque nos faltaba un informe de Intervención, se levou cos informes correspondentes e, por tanto, se presentou en tempo e forma, como corresponde a esta casa e o funcionamento desta casa, falan de clientelismo, é dicir, é complicado falar de clientelismo cando hai un plan cuns criterios claros, baremados, xustificados e perfectamente definidos eu creo que vostedes, ó mellor, igual están pensando en outras formas de facer política noutras institucións ou noutros concellos que traballan doutra, doutra maneira. Di que as bases non son transparentes, é dicir, as bases son totalmente transparentes, moi transparentes, poden estar de acordo ou non estar de acordo pero que son transparentes sen lugar a ningún tipo de dúbida, falan de ocorrencia competitiva, eu creo que unha concorrencia competitiva é moi clara, é dicir, porque as bases están perfectamente definidas, por un fixo e unha segunda variable onde se contempla a poboación e territorio, creo que as bases, polo tanto, perfectamente razoadas, xustificadas e sen ningún tipo de oscurantismo senón todo o contrario, de transparencia e de bo facer e de bo traballo. Eu creo que é importante o tema do que vostedes nos falan, é dicir, que é un plan que queren desvirtuar, de 18.000.000 de euros, creo que o plan anterior tamén o criticaron aquí e fixeron alardes, incluso, de denuncias e non sei que, ó final, o plan se cumpriu, un plan complicado porque é complicado, de intentar esa cooperación con todos os concellos levala a cabo, por presentación de proxectos, por supervisión de proxectos para que as cousas vaian ben pero creo que nun plan que superou os 50.000.000 de euros, case 60.000.000 de euros preto dos 70, non houbo ningún tipo de problemas, ningún, ningún problema en todas as obras que se plantexaron o que pasa que ás veces hai que ver tamén as dificultades que teñen os concellos para presentar os proxectos e en que condicións se presentan eses proxectos por iso hai que facer a supervisión correspondente, eu creo que este método funciona perfectamente, imaxínense vostedes que cada concello tivese a iniciativa de facer as súas obras sen unha supervisión, sería totalmente imposible, imposible que o plan se puidese concretar correctamente e en aras de facer a máxima transparencia que é o que pretendemos. Eu creo que ese plan funcionou perfectamente, vostedes o criticaron pero, a día de hoxe, podemos dicir que foi un éxito e polo tanto se hai unha cousa que funciona ben o lóxico é que se poida repetir ou se poida, máis ou menos, traballar na mesma dirección, nós, dende logo, vamos a seguir traballando desta maneira porque, ademais, hai unha cuestión, é dicir, eu creo que os veciños e veciñas respaldan estas formas de traballar porque vostedes moitas veces acoden ó espírito democrático e sempre nos din:”… mire é que gobernamos porque temos o respaldo dos veciños e das veciñas ...”, nós tiñamos 14 deputados e, agora, temos 17, supoño que algo fariamos ben, supoño que o fariamos ben, nós todo o mal que vostedes intentan denunciar continuamente, cando un goberno desta casa, a nivel provincial, pasa, sube tres deputados en catro anos facendo pois unha serie de políticas que nós consideramos que son as correctas, bueno, pois si temos ese respaldo e ese respaldo se vén incrementado, loxicamente, quere dicir que as cousas se fan ben, polo tanto, nós vamos a seguir nesta liña de traballo, nos parece que este é un plan razoado, razoable, coherente, responsable, que vai a beneficiar, dunha maneira clara, ós veciños e ás veciñas e, por suposto, ás dificultades que están atravesando os concellos e nós o único que lle pediriamos é colaboración para que este funcione como funcionou o anterior, e que os concellos e os veciños se poidan ver beneficiados canto antes. Sabemos das dificultades polas que se está atravesando, e sabemos das dificultades que teñen os concellos á hora de facer a súa xestión, e polo tanto, 18.000.000 de euros eu creo que veñen moi ben para todos estes concellos que, eu creo que, bueno, pois, pode ser un momento de expectativa, de ilusión de proxectos, que se pode levar acabo, polo tanto, nós o que vamos a pedir é o voto de toda a Corporación, se é posible. Creo que presentamos o expediente en tempo e forma, como corresponde, polo tanto, máxima transparencia e, loxicamente, escoitamos as súas suxestións pero consideramos que nós estamos no bo camiño e no camiño que, loxicamente, redunda en beneficio do interese, do interese xeral. Polo tanto, vamos a por a votación este asunto e pedimos, loxicamente, o voto de toda a corporación. Sr. Presidente.- Moitas grazas, Sr. Figueroa. Sr. Mosquera última intervención. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moi…última e moi breve. Vamos a ver, as contas non é nada difícil facelas, nada, e as contas dan, claramente, á parte de redondeos, pode que vostedes as teñan feitas, xa, concello por concello, dan claramente que, nos concellos de menos de 10.000 habitantes, van 40 euros por habitante, de media, en todo o colectivo dos concellos, entre 10.000 e 20.000 uns 18 e entre 20.000 e 50.000 non chega a 12 e os de máis de 50.000, cero euros por habitante, iso é o que dá, obviamente, digo con redondeos, se quere discutir se son 40,76 ou non son, e contar un habitante segundo o padrón do INE, de agora o demais atrás ou o que sexa, faga vostede o que queira, pero, o que está claro, é que di, acaba de dicir que son, beneficiar ós veciños desta provincia, efectivamente, a uns si e a outros non, e entre os que si a uns bastante a outros bastante menos, pero drasticamente menos. Se quere, pois colla e faga e verá que concellos son os prexudicados, cales son os beneficiados, pero non creo que sexa cuestión de entrar un por un, entrar un por un, porque podemos facer isto eterno, concellos que hai na provincia, pero, como criterio xeral, hai afíns e axustes segundo a situación particular de cada concello, pero, en xeral, é así, vostede igual xa ten o reparto concello por concello e verá os disparates que saen, non queremos entrar, porque en calquera reparto vai haber desaxustes entre concellos pero, o que non pode ser, é que, pois, non sei, pois un concello de é que non quero citar ningún, que non é o caso, pero un concello que teña moi extenso, que teña pois 2.000 e pico habitantes pois igual se leva bastante máis que un concello que teña pois 20.000 ou 20 veces máis habitantes e que sexa pequeno, que se leva máis en termos absolutos en termos relativos xa non digamos, iso xa non ten pés nin cabeza, eu crin que ían a retiralo, francamente, que se podía facer outro tipo de, outro tipo de reparto porque a discriminación é absolutamente brutal, improcedente, puxen antes o exemplo, por exemplo, o concello de Lalín, igual ten vostede a cifra, igual xa ten aí feita a conta, pois fágaa, e resulta que o concello de Lalín o divide en catro e resulta que se levaría pois case catro veces do que levaría así, así, ou o concello de Vilagarcía, va, dá igual, calquera concello, xa o verá divídao en catro e verá vostede como se leva, non, catro veces máis, pero case 3 e pico veces máis, o cal xa me dirá vostede, xa me dirá vostede o que é, o que é o resultado desta, deste reparto que está feito ó revés, está feito, a ver, contando a ver a quen lle vai ben, como conxunto, a quen lle van a ir máis ou menos, xa foi obxecto de debate deste Pleno, onde fixeron mil contas a ver como saía e, ó final, saíulle este reparto absolutamente disparatado, non é, non é de recibo e, senón, podían facer unha cousa que é preguntarlles ós seus alcaldes que teñen que aguantar situacións como a de Cangas ou Ponteareas ou así, a ver cales son os concellos que están en máis dificultades, pero resulta que como teñen máis de 20.000 habitantes, entonces saen duramente prexudicados neste reparto, non ten ningún sentido, xa por non falar do de Pontevedra, do de Pontevedra e Vigo, retíreno, fagan un reparto máis sensato, máis sensato e saben, perfectamente, que aí nos terán para colaborar, no que coas nosas aportacións e facer algo e, incluso, asumir as consecuencias, isto, non francamente, francamente, non. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, eu quero insistir ó señor portavoz do Partido Popular, pois di , ou nega o que di o informe, o informe que vostedes traen aquí, di o que di e o que di é que dos 18.000.000 en concorrencia competitiva e, o poño entre comiñas, son “7.200.000 euros”, dos 18.000.000 os demais son de concesión directa e eses condicionados, condicionados, miren, lle vou a insistir en por que ten que facelo a Deputación de Pontevedra, por que non lle transfire os fondos ós concellos, se fixo así con Plan E e o fixeron perfectamente todos e cada un dos concellos, o fan cos seus presupostos, perfectamente todos e cada un dos concellos é máis, é máis e lle vou a por un exemplo, no concello da Illa unha inversión de 600.000 euros saíu adxudicada por 480.000 euros á baixa, á baixa eses 120.000 euros, ¿onde foron, onde están? É unha inversión dese concello que perdeu ese concello e como el outros moitos concellos, e cando falamos de que se pode dar lugar a clientelismo e a falta de transparencia, obras do anterior PID en concellos que non eran gobernados polo Partido Popular, empezaron, empezaron a desenvolverse despois das eleccións municipais, iso é cando é falta de transparencia e clientelismo, lle poño exemplos concretos Sr. Figueroa, exemplos concretos, polo tanto, con estes criterios e nestas bases é imposible, primeiro, que se respecten ós concellos e á súa autonomía, por iso lle diciamos que é unha agresión sen precedentes á autonomía municipal, por iso, porque teñen capacidade para facelo, porque o fan todos os días e vostedes lle negan esa posibilidade. Miren, os baremos non están claros porque eu lle insisto, o propio Secretario e o Interventor fan, fan, observacións moi importantes a isto, cando vostede fala de concorrencia competitiva o propio Secretario di que se contradí cando se di, por un lado, concorrencia competitiva que poden acudir os concellos entre 1.000 e 50.000 habitantes e, por outro lado, que se pode optar a concesión de axudas directas, e o di o Secretario, está firmado aquí, non o invento eu, polo tanto, polo tanto, creo que non son nin unhas bases claras, nin baremos claros, nin bases transparentes, nin baremos transparentes, senón, todo o contrario, todo o contrario, polo tanto, lle insistimos, primeira cuestión, que saudamos positivamente que haxa esta inversión e que recoñezan, que recoñezan que hai unha destrución de emprego nesta provincia, importante, o din vostedes nas propias bases, segundo, de que estas son políticas para mellorar a actividade economía e mellorar o emprego, evidentemente, dicimos que son poucos os 18.000.000 de euros pero detrás disto, o demais, o demais señores do Partido Popular o teñen que modificar todo, o teñen que modificar todo porque, así, non vale e os nosos propios alcaldes nolo manifestaban de que a súa preocupación por este, por estas bases é como se vai a repartir e por non poder ser os concellos os que poidan xestionar estes fondos, porque vostedes non queren recoñecer que os concellos teñen capacidade para facelo, non queren recoñecer que son os máis cercanos ós cidadáns, o que vostedes queren é facer clientelismo, clientelismo dende a Deputación que a inversión a faga única e exclusivamente dende aquí desde a Deputación, lle vou a reiterar o Plan E, a través dos municipios e reparto en función de habitantes, directo, sen máis, sen máis, nin cuestións extraordinarios difíciles de xustificar, nin ningunha outra, nin circunstancias novas, nin imprevisibles que vostedes poñen aquí, que vostedes poñen aquí, no seu informe, polo tanto o Grupo Provincial Socialista, non vai a votar a favor deste, deste plan por estas razóns que xa lles vimos expoñendo. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas grazas D. Santos Héctor, ten a palabra o Sr, Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- É difícil facer un discurso desde unhas siglas como as do Partido Socialista cando nesta casa, D. Santos Héctor, había un plan que se chamaba POL que significaban aproximadamente 10.500.000 euros anuais que ían destinados ós concellos e, ¿saben vostedes quen o suprimiu?, vostedes gobernando en Madrid, normal que despois fixeran o Plan E, acumularon todos esas cantidades que non percibimos dende hai 5 ou 6 anos e, evidentemente, xerou unha dificultade importante. Despois isto é un plan que é iniciativa propia da Deputación que non existía ata agora. Había un plan, o PPC, que era con aportación estatal que suprimiron tamén vostedes, que deron unha aportación estatal, despois poñían os concellos unha parte e esta casa poñía outra parte, suprimírona tamén vostedes. Nós estamos agora intentando crear plans e iniciativas propias e esta é unha iniciativa propia, que ten unha condición fundamental ou dúas, diría eu, primeira, primeira, que por primeira vez se pode destinar ó gasto corrente ata un máximo dun 30%, que é unha situación que os concellos piden e que nadie lle resolveu, esa é a primeira situación e a segunda que os concellos non poñen nin un só euro, non poñen nin un só euro. A nós, era moi fácil, coller e dicir:…”o 30% ou o 20% que o aporten os concellos…” e este plan en vez de 20.000.000 de euros tería pois 30 ou 35.000.000 de euros e lle volvo a repetir, se os concellos fixeran os números do Plan provincial daquel plan do PPC, agora mesmo este plan multiplica por tres, en calquera caso, as cifras que recibían os concellos daquel plan. Polo tanto, un plan a maiores, iniciativa dunha Institución nun momento de crise, nós podiamos destinar estes 18.000.000 de euros a outras cuestións, a chegar a acordos cos concellos para temas concretos que nos puideran interesar, pero non, os concellos teñen que tomar a decisión e hai a posibilidade non só para investimentos, para saneamentos e para infraestruturas senón que a maiores poden ter ata un 30% e puxemos un 30% para que non houbese un descontrol en gasto corrente e demais, iso é fundamental e iso vostedes non o valoran, non o valoran, non o valoran e non valoran tampouco que os concellos non teñan que pór nin un só euro, tampouco o valoran, facemos un reparto, un reparto competitivo, un reparto que se axusta a uns criterios clarísimos, un fixo , un variable, poboación e territorio e, a partir de aí, vostede Sr. Mosquera falaba de números e el dixo algún concello, e eu lle digo que hai concellos que hai concellos que superan os 250 ou os 300.000 euros senón non ían recibir absolutamente nada deses que está explicando o Sr. Mosquera, eu creo que máis non se pode pedir dunha Administración que, loxicamente, non teñamos porque facer este plan, facémolo a maiores e que nos parece ben, ademais, e que é o que temos que facer, polo tanto eu creo que aquí sempre pasa exactamente o mesmo, vostedes están sempre na confrontación, no enfrontamento e, home, morderlle a man a quen lle dá de comer, pois ás veces, pois ás veces tamén, doen esas cuestións, ¿non?, é dicir, eu creo que non se pode, se hai un plan, se hai unha proposta, se hai unha iniciativa dunha administración e resulta que é positiva, vamos a valorala todos dunha maneira positiva, eu creo que, home, temos que intentar, entre todos, ser sensatos e non caer no erro do enfrontamento, da confrontación permanente, porque, senón, isto non ten ningún sentido, ¿que sentido ten?, ¿o plan anterior funcionou?, funcionou, ¿foi un éxito?, foi un éxito, bueno, pois, creo que non houbo ningún tipo de descontrol, nin houbo ningún ataque absolutamente a nadie, é dicir, nós, creo que fixemos as cousas dunha maneira razoable, polo tanto, non lle vamos a pedir, home, que teñan confianza neste proxecto, que este proxecto ten que ter credibilidade e que, entre todos, pois actuemos dunha maneira positiva. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. ¿Acabamos?. Sr. Rodríguez Díaz.- Moi breve, porque introducía algún elemento novo, ¿non?, o da aportación estatal suprimida e tal, teñen, … que o suprimimos nós e tal e o POL, bueno, teñen unha ocasión estupenda que é a de dicirlle ó actual goberno do Sr. Rajoy que a poña, pero xa falaremos no punto seguinte do que pon o Sr. Rajoy, no seguinte xa falaremos diso. Eu, Sr. Figueroa e Sres. do Partido Popular, lle dixemos de inicio que saudamos positivamente que o Partido Popular na Deputación recoñeza que hai que facer políticas Keinesianas porque coa austeridade, o único que se fai, só coa austeridade, o único que se fai é aumentar o desemprego, a crise económica e a pobreza. Polo tanto, polo tanto nós, saúdamos positivamente esta política de inversións, nos parece escasa e o que vostede se nega a contestarnos é por que non se fai cun reparto onde ,de verdade, sexa de concorrencia competitiva e por que non se fai a través dos concellos, é dicir, que non o teña que facer a Deputación que o fagan os concellos a iso vostedes non nos contestan, nós con iso lles votariamos a favor este plan de investimentos, os socialistas lles votariamos a favor se hai unhas bases claras de reparto e se o fan os concellos, ¿non?, non como poñen vostedes aquí, claramente, que serán os investimentos que realizará a propia Deputación, no, son investimentos que farán, que levarán a cabo cada un dos concellos con fondos que lle transferira a Deputación e, tan sinxelo, coma iso, fíxese, tan sinxelo coma iso. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sr. Figueroa Vila.- Porque vamos a ver, nós, D. Santos Héctor, entendemos que a política que aplicamos no último plan e as formas de xestionalo foron correctas e que funcionou, francamente, ben e que se cumpriu o plan na súa totalidade, polo tanto, se hai unha experiencia positiva que funcionou correctamente o lóxico é que sigamos con esa experiencia, que entendemos, que un descontrol de tantos proxectos que se poden plantexar, en cada un dos concellos, sería difícil para todos, sería para os propios concellos, que ás veces teñen dificultades técnicas para xestionalos, sería un descontrol por parte da nosa casa, porque sería dificilísimo facer o control dese plan e como nos funcionou ben, seguimos con ese plan, non hai ningún outro criterio é un criterio de continuidade, ¿por que?, porque hai algo que temos de sempre que funcionou francamente ben, senón funcionara ben, evidentemente, o cambiariamos non teñan vostedes ningunha dúbida e eu creo que hai cuestións e o tema da excepcionalidade, hai cuestións excepcionais que xorden o longo de tantos concellos e ó longo do territorio que temos, polo tanto, eu creo que eses criterios están perfectamente definidos e nós, volvo a repetir, estamos totalmente de acordo cos informes do Secretario e do Interventor, claro que por suposto, se hai excepcionalidades se teñen que xustificar e se ten que xustificar absolutamente todo ata o ultimo euro, dende logo cando hai algunha baixa repercute en beneficio de toda a provincia e de todos os cidadáns, non hai, non hai ningún tipo de problema, nós, evidentemente, ese diñeiro é para reinvestir e, seguramente, á hora de facer as propostas económicas ese diñeiro se conta para outro tipo de proxectos ou para proxectos similares nos mesmos concellos, é dicir, nós podiamos destinar ese diñeiro ou facer outro tipo de plan, édicir, nós podiamos facer un plan para os concellos que non fora para infraestrutura nin para gasto corrente, porque o facemos para gasto corrente, cree vostede que para esta casa ten algunha repercusión positiva, para esta casa politicamente que se poidan resolver os temas de gastos correntes, non, o que pasa que é unha necesidade que teñen os propios concellos e, o lóxico, é que nós esteamos atentos ás necesidades que teñen os concellos, podiamos dedicalo a outros temas sociais, culturais ou deportivos ou de infraestruturas que nós considerásemos que, ó mellor, podían ser máis necesarias, pois non, só polo tema do 30% para gasto corrente, eu creo que este tema deste plan había que valoralo, pero bueno, en calquera caso, son diferentes opinións e diferentes criterios, nós non vamos a intentar convencelos máis, nós vamos a votar a favor deste proxecto que é bo para o interese xeral da provincia. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa, bueno, eu creo que toca, evidentemente, proceder á aprobación, si, hai algún comentario que fixo o Sr. Mosquera ó principio que, creo que, debería ser aclarado en relación á tramitación do expediente que vostede, parece ser que non había nin expediente, eu só lle recordo que, de momento, aquí non facemos o que vostedes fan que inauguran obras sen expediente de adxudicación, non é cuestión diso, aquí as cousas se fan, en principio, con documentación e con transparencia e vostedes teño que recordarlles ese tema de, ese e varios, de que inauguran obras sen expediente de adxudicación previa pero, de momento, creo que levamos vantaxe suficiente nese, nese asunto ¿non?. E vostede despois leva comentando en varias, xa o ten dito publicamente que non está a favor das Deputacións e que, en todo caso, tanto vostede como o Partido Socialista veñen comentando, desde fai moito tempo, claro que agora, aquí, demostran a súa incoherencia porque din que isto debe estar, só e exclusivamente, para os concellos pequenos e medianos, pero, por outro lado, din que os concellos grandes non teñen un reparto, no seu caso, Sr. Mosquera, as inversións históricas que nunca antes fixo ningunha outra administración en Pontevedra, se sacamos as cifras podemos sacar eses datos que vostede di, a ver como sae por ratio de habitante comparativamente con outros concellos da provincia, ¿verdade?. Polo tanto, este é un plan de estímulo, de colaboración para os concellos que necesitan ademais algún tipo de inversión que neste momento non teñen, para cuestións prioritarias e básicas e, niso, é no que pretendemos sacar adiante o que, hoxe, vamos a aprobar aquí. Funcionou extraordinariamente ben o plan anterior e estou seguro, ademais, que vai a funcionar este, tamén, por iso, así o puxemos en marcha, pois cuns criterios que son, absolutamente, transparentes, vostedes poderán comprobalos e agora, por iso, procedemos á súa aprobación, e poñelos en marcha canto antes. Por iso, vamos a proceder polo tanto a este, á aprobación deste punto, aínda que, tamén, vamos a votar a retirada do mesmo para que quede constancia do Bloque Nacionalista Galego. Polo tanto, votamos primeiro a retirada das bases reguladoras do Plan de Investimentos e gastos correntes da Deputación para o ano 2012. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Procedemos á votación do punto, en si mesmo, que son a aprobación destas Bases reguladoras do Plan de Investimentos e gasto corrente para o ano 2012. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta das Bases reguladoras do Plan de Investimentos e gastos correntes para o ano 2012, sendo o obxecto das mesmas impulsar todas aquelas medidas posibles encamiñadas a afrontar e superar a crise económica que estamos a padecer na actualidade. Vista toda a documentación relativa ó citado plan e os conformes da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial e visto o ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar as citadas bases cuxo texto é como segue: “BASES REGULADORAS DO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2012 A situación económica actual representa un gran reto para a xestión dos concellos, reto que pasa pola adopción de medidas financeiras e fiscais e, tamén, polo necesario saneamento das contas. O descenso que se vén producindo nos orzamentos municipais, como consecuencia da crise económica, está a provocar que, moitos deles, se atopen con aplicacións de gastos ós que non poden facer fronte cos orzamentos de ingresos actuais. Esta insuficiencia non só se manifesta no capítulo de investimentos senón tamén na propia xestión administrativa diaria e no gasto corrente que, impide afrontar con suficientes medios, as continuas e crecentes demandas dos veciños. Polo tanto, a Deputación de Pontevedra, en virtude das competencias que lle atribúe a lexislación vixente e na liña de impulsar todas aquelas medidas encamiñadas a superar a etapa de crise económica que estamos a padecer na actualidade, continuará financiando investimentos necesarios para os concellos, co fin de reactivar a economía e combater a elevada taxa de destrución de emprego que se soporta na provincia como consecuencia, basicamente, da caída da demanda interior do sector privado. Co fin de contribuír á cohesión e vertebración dos intereses comúns e estratéxicos dos veciños de dous ou máis municipios, para garantir un adecuado nivel de calidade dos servizos en toda a provincia, primarase aqueles proxectos ou investimentos de ámbito supramunicipal presentados por agrupacións de concellos, e aqueles proxectos presentados polos concellos, que se adhiran ós plans provinciais de xestión de servizos municipais, na liña que xa vén seguindo a Entidade Provincial noutros Plans. Así mesmo, atendendo á finalidade última das deputacións, de contribuír ó bo funcionamento das corporacións locais, a Deputación de Pontevedra colaborará cos concellos na regularización da súa situación financeira cun programa de axudas dirixido a subvencionar os gastos correntes nos que incorren as entidades locais na súa actividade como xestores públicos, co obxectivo de acadar o maior beneficio social tanto a nivel da atención ó cidadán coma no correcto funcionamento interno. En base ó exposto confecciónanse as seguintes bases reguladoras: PRIMEIRA. NATUREZA XURÍDICA As axudas que se concedan ó amparo desta convocatoria teñen natureza xurídica de subvención, de acordo cos criterios establecidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Non obstante, as entidades locais poden facer as achegas que consideren axeitadas para os seus investimentos de xeito complementario. SEGUNDA. OBXECTO As presentes bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para financiar a realización de investimentos e gastos correntes das entidades locais da provincia. As axudas deste plan poderán destinarse a: 1.- Investimentos que realizará a propia Deputación - Sen achega da entidade local. - Con achega da entidade local. - Con achega da entidade local e/ou doutra administración, sempre que a achega da terceira administración se poida ingresar directamente na Tesourería da Deputación. 2.- Amortización do endebedamento con entidades financeiras. 3.- Pagamento de débedas acredores de investimentos. 4.- Débeda do Estado. 5.- Gastos correntes: luz, auga, electricidade, recollida de residuos e, excepcionalmente, poderase valorar outro tipo de gastos correntes. Poderase destinar ata o 30% do que lle corresponde a cada concello no plan, unha vez compensadas as débedas, para os puntos 2, 3, 4 e 5. Excepcionalmente, poderanse destinar as subvencións a outras situacións problemáticas debidamente motivadas. Non se subvencionará a adquisición de terreos e demais bens inmobles, nin tampouco os intereses que se poidan derivar dos puntos 2 ó 4. TERCEIRA. BENEFICIARIOS Poderán solicitar as axudas reguladas nesta convocatoria, por concorrencia competitiva, os concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de dereito de máis de 1.000 e ata 50.000 habitantes, segundo a correspondente certificación expedida polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que se refira á última actualización do censo, que desexen acollerse ás bases desta convocatoria e que non se atopen incursos nas causas de prohibición para obter a condición de beneficiarios establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Todas as entidades locais da provincia de ata 50.000 habitantes que o soliciten, poderán optar á concesión de axudas por concesión directa, primándose aqueles proxectos ou investimentos que procedan de agrupacións de concellos e que presenten proxectos de ámbito supramunicipal, así como tamén, aqueles proxectos presentados polos concellos que se adhiran ós plans provinciais de xestión de servizos municipais. CUARTA. FINANCIAMENTO Para financiar este plan de subvencións existe consignación dispoñible, para tal fin, nas aplicacións orzamentarias 12/942.942.652.45 para financiar investimentos e 12/942.942.462.45 para financiar gastos correntes do orzamento provincial, cun crédito inicial total de dezaoito millóns de euros (18.000.000,00). O 80% deste crédito, é dicir, catorce millóns catrocentos mil euros (14.400.000,00) repartirase por concorrencia competitiva; e o 20% restante, tres millóns seiscentos mil euros (3.600.000,00), resérvase para aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado ou non se lle outorgase a subvención. A axuda económica poderá acadar ata o 100% do importe solicitado, ata esgotar o crédito orzamentario autorizado para a convocatoria. No caso de que o investimento sexa cofinanciado coa entidade local beneficiaria, esta deberá achegar o acordo do órgano competente da entidade local aprobando a achega local ó investimento e un certificado do Secretario/a da entidade local sobre se o dito órgano (no caso de non ser o Pleno) é o competente para a aprobación da dita achega; así como tamén, un certificado da existencia de crédito por parte do Secretario-Interventor/a para esta inversión. En todo caso, a achega da entidade local terá que ser ingresada na Tesourería provincial antes de iniciarse o expediente de contratación. QUINTA. CRITERIOS DE CONCESIÓN O 80% do crédito repartirase do seguinte modo: • Un importe fixo de sete millóns douscentos mil euros (7.200.000,00) repartirase de forma lineal, entre os concellos da provincia cunha poboación de máis de 1.000 e ata 50.000 habitantes, correspondéndolle a cada un deles 122.033,90 euros. • A cantidade restante, que representa sete millóns douscentos mil euros (7.200.000,00), repartirase entre os concellos da provincia cunha poboación de máis de 1.000 habitantes e ata 50.000 habitantes, da forma seguinte: Habitantes Grupo 1 1.000-10.000 Grupo 2 10.001-20.000 Grupo 3 20.001-50.000 Número de concellos 36 16 7 Porcentaxes 45% 35% 20% Cantidade por grupo 3.240.000 2.520.000 1.440.000 TOTAL 7.200.000,00 euros Ó grupo 1, formado por 36 concellos de 1.000 ata 10.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 45%, polo que lle corresponden 3.240.000 euros. Ó grupo 2, formado por 16 concellos de 10.001 a 20.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 35%, polo que lle corresponden 2.520.000 euros. Por último, ó grupo 3, formado por 7 concellos de entre 20.001 e 50.000 habitantes, correspóndelle 1.440.000 euros. Estas cantidades repartiranse entre o número de concellos que forman o grupo, en proporción ó 50 % da poboación e ó 50% da superficie. Para estes efectos a poboación da entidade local a considerar será a última publicada polo INE. En consecuencia, cada concello coñecerá as cantidades que lle corresponden dentro dos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. Ademais da correspondente notificación poderán ser informados dirixíndose ó Servizo de Cooperación. Unha vez feito o reparto e detraídas as débedas, cada beneficiario presentará os investimentos ou indicará o tipo de gastos correntes ós que vai destinar o importe da axuda que lle corresponde. Os beneficiarios poderán destinar, á súa elección, ata o 30%, como máximo, do importe da subvención concedida, unha vez descontado o importe das débedas coa Deputación e os seus organismos autónomos, a financiar as actuacións subvencionables recollidas nos puntos 2 a 5 da cláusula segunda destas bases. Non obstante, co obxecto de premiar a boa xestión dos concellos, reservarase o cincuenta por cento (50%) da cantidade correspondente á concesión directa (un dez por cento da totalidade do Plan) para aqueles concellos que destinen o financiamento que lles corresponde por concorrencia competitiva, unha vez compensadas as débedas contraídas coa Deputación e os seus organismos autónomos, ós gastos de investimentos reflectidos na base 2.1. Aqueles proxectos ou investimentos que procedan de agrupacións de concellos e que presenten proxectos de ámbito supramunicipal, terán unha especial valoración á hora de distribución do 20 % de concesión directa, así como tamén, terán preferencia os proxectos presentados polos concellos que se adhiran ós plans provinciais de xestión de servizos municipais. Non poderá concederse subvención para un investimento que teña un orzamento inferior a vinte mil euros (20.000,00), con IVE incluído. SEXTA. COMPENSACIÓN DE DÉBEDAS Da cantidade que se lle asigne a cada entidade local detraeráselle ata a totalidade da débeda contraída coa Deputación e os seus organismos autónomos ata o día da aprobación das bases, incluídos os reintegros que estean pendentes de pagamento á Caixa de Anticipos de Cooperación. No caso de procedemento de concesión directa, cando se trate de mancomunidades, a detracción faráselle a cada concello proporcionalmente á súa achega ó seu orzamento. SÉTIMA. SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, na súa sede de Vigo e no Servizo de Cooperación, ou na páxina web da Deputación (www.depontevedra.es). As solicitudes cumprimentadas en todos os seus extremos deberán subscribirse polo Alcalde-Presidente ou representante legal da entidade pública con personalidade xurídica propia que teña asumidas estas competencias. A solicitude de subvención deberá ser aprobada por acordo do órgano competente, debendo presentarse de xeito individualizado a través da correspondente certificación acreditativa, na que deberá indicarse, expresamente, a cantidade que se solicita e a finalidade concreta da solicitude, polo que cada unha das axudas solicitadas deberá instrumentarse a través de certificacións independentes. Cada solicitude terá que ir xunto coa seguinte documentación, que deberá presentarse en orixinal ou copia compulsada polo funcionario debidamente habilitado onde conste a súa identidade: 1. Investimentos feitos pola propia Deputación: - Proxecto técnico (un exemplar en formato papel e outro en formato dixital, facéndose responsable ó solicitante da equivalencia entre ambos documentos) da actuación que se pretende levar a cabo, que debe redactarse segundo o establecido no artigo 123 do citado Real Decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Na redacción dos proxectos débese ter en conta que a porcentaxe de gastos xerais será do 13% e o 6% o beneficio industrial. Se a obra non require proxecto achegarase un documento técnico que conteña como mínimo: 1. Memoria detallada que describa claramente a actuación. 2. Plano de situación e plano detallado da actuación. 3. Medicións e orzamento da actuación. No caso de que o investimento non sexa unha obra, os concellos deberán presentar unha memoria cuns pregos técnicos e un orzamento co IVE incluído e detallado. - Replanteo do proxecto e certificación da dispoñibilidade dos terreos precisos para a normal execución do proxecto. - Resolución ou certificación do acordo do órgano competente da entidade local no que se determine o investimento ou obra a realizar e se solicite a subvención para a súa realización. - Declaración responsable, na que conste se a entidade local obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien o investimento a subvencionar e compromiso de comunicarlle á Deputación as que se obteñan nun futuro. (Anexo I). - Declaración de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. (Anexo I). - No caso de que o investimento sexa cofinanciado pola entidade local beneficiaria, deberá achegar certificado da existencia de crédito por parte do Secretario-Interventor/a, o acordo do órgano competente da entidade local aprobando a achega e certificado do secretario sobre se dito órgano (no caso de non ser o pleno) é o competente para a aprobación da devandita achega. (Anexo II). 2. Amortización de débeda con entidades financeiras: - Certificación do Interventor/a ou Secretario-Interventor/a de que a cantidade que se solicita destinarase a amortizar débeda que está pendente de amortizar, indicando a entidade financeira e demais características da operación de crédito/préstamo cuxa débeda, total ou parcial, se pretende amortizar. Así mesmo, certificarase que a amortización desta débeda é a máis conveniente economicamente para a entidade local. - Certificación ou acordo do órgano competente polo que se solicita a subvención á Deputación para afrontar os pagamentos. 3. Pagamento de acredores de investimentos: - Certificación do Interventor/a ou Secretario-Interventor/a da relación de acredores, indicando a súa correcta identificación, a identificación das certificacións (facturas), expresando a data de expedición e a data de rexistro, número, resumo dos conceptos e importe coa repercusión do IVE, no seu caso. Tamén se indicará o órgano que aprobou cada factura ou xustificante de gasto . - Certificación do Interventor/a ou Secretario-Interventor/a indicando que non existen, na data, outros acredores que teñan preferencia para o pagamento das súas débedas. -Certificación ou acordo do órgano competente polo que se solicita a subvención á Deputación para afrontar os pagamentos. 4. Pagamento de débedas co Estado: - Certificación do Interventor/a ou Secretario-Interventor/a indicando que as débedas que se relacionan están pendentes de aboamento e que se corresponden con débedas ó Estado e o seu concepto e importe. - Certificación ou acordo do órgano competente polo que se solicita a subvención á Deputación para afrontar os pagamentos. 5.-Gasto corrente: 5.1. Pagamento a acredores de gasto corrente: - Certificación do Interventor/a ou Secretario-Interventor/a da relación de acredores, indicando a súa correcta identificación, a identificación das certificacións (facturas), expresando a data de expedición e a data de rexistro, número, resumo dos conceptos e importe coa repercusión do IVE, no seu caso. Tamén, se indicará o órgano que aprobou cada factura ou xustificante de gasto e a data de ditos acordos. - Certificación do Interventor/a ou Secretario-Interventor/a indicando que as débedas que se relacionan están pendentes de aboamento. Así mesmo, certificarase que non existen, na data de expedición da certificación, outros acredores que teñan preferencia para o pago das súas débedas. - Certificación do acordo do órgano competente polo que se solicita a subvención á Deputación para afrontar os pagamentos. 5.2. Gasto corrente novo: - Memoria descritiva e valorada dos gastos que se pretenden financiar coa achega solicitada, identificando ó terceiro, ó que se lle encargará a realización do gasto corrente. - Certificación do acordo do órgano competente polo que se solicita a subvención á Deputación para afrontar os pagamentos. Calquera falsidade dos datos presentados dará lugar á perda da subvención concedida, ademais, doutras medidas que, para o caso, poida arbitrar a Deputación de Pontevedra. En caso de defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base, así como, de incumprimento do previsto no artigo 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requiriráselle ó interesado para que emende as faltas ou omisións no prazo máximo de 10 días hábiles, indicándolle que, senón o fixese, teráselle por desistido da súa solicitude, previa resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no art. 42 da Lei 30/92. As solicitudes presentadas con anterioridade a esta convocatoria quedarán sen efecto; no caso de pretender a súa inclusión neste plan deberán formular nova petición acompañada da documentación correspondente. OITAVA. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN O prazo de presentación de solicitudes de subvencións que se acollan a este programa comezará a contar o día hábil seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín oficial da provincia, sendo de trinta (30) días naturais. As solicitudes irán dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra (tamén na súa sede de Vigo) ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. NOVENA. COMPATIBILIDADE As axudas serán compatibles con outras axudas ou subvencións que teñan a mesma finalidade, tendo en conta, que o importe da subvención, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada, de acordo co previsto no artigo 19.3 da Lei xeral de subvencións. Para estes efectos e de conformidade co disposto no artigo 14.1 d) da Lei xeral de subvencións e o artigo 33 do seu regulamento, unha das obrigas do beneficiario é comunicarlle á Deputación a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. En todo caso, deberá terse en conta que o conxunto total das axudas non deberá sobrepasar, en ningún caso, o 100% do custo da actividade. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión e, en todo caso, a concesión concorrente de axudas por calquera entidade pública ou privada, nacional ou internacional, poderá dar lugar á modificación da subvención outorgada. DÉCIMA. INSTRUCIÓN E PROCEDEMENTO A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle á xefa do Servizo de Cooperación, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Así mesmo, o instrutor poderá solicitar cantos informes considere adecuados. O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado ou non se lles outorgase subvención, reservándose, para estes efectos, ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se prevé na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización de Intervención. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. DÉCIMO PRIMEIRA. MODIFICACIÓNS DA SUBVENCIÓN PARA INVESTIMENTOS As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou as rexeitan expresamente no prazo de dez días hábiles, contados desde a súa notificación. Unha vez recaída a resolución de concesión, poderase solicitar o cambio ou modificación do seu contido, se concorren circunstancias excepcionais, axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria. As circunstancias excepcionais son as seguintes: - Ter recibido axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados que cubran o importe do gasto. - Ter prioridade o financiamento doutro gasto urxente e non se conte con crédito suficiente para levalo a cabo. - Algún impedimento administrativo ou doutro tipo que non permita a súa realización. Non se admitirá o cambio de aplicación ou modificación da actividade subvencionada, se non se solicita antes do día 20 de decembro do 2012. DÉCIMO SEGUNDA. PROXECTOS Os concellos e demais entidades locais encargarán e asumirán o custo da redacción dos proxectos, identificándose cada obra cun proxecto, que deberá axustarse en canto ó seu contido ó establecido no artigo 123 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, debendo identificarse cada investimento cun proxecto técnico, do que presentarán o orixinal e dúas copias, que debe redactarse conforme o devandito artigo. No caso de tratarse dun contrato menor de obras deberá acompañarse o seu orzamento, sen prexuízo de que deba elaborarse un proxecto cando normas específicas así o requiran e, de modo especial, se afecta á estabilidade, seguridade ou estanquidade da obra (artigo 111 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público). A Deputación procederá, en todo caso, á supervisión e control dos proxectos, tendo especialmente en conta, os prezos das distintas unidades, previamente á súa aprobación por parte do órgano de contratación. DÉCIMO TERCEIRA. APROBACIÓN DOS PROXECTOS E OUTORGAMENTO DE LICENZAS Os proxectos deben ser aprobados polo órgano competente do concello ou entidade local; se se trata dunha obra municipal coa aprobación do proxecto enténdese implícita a concesión da oportuna licenza (artigo 198.5 da Lei 9/2002 de 30 de decembro de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, de 29 de decembro: “as obras públicas municipais entenderanse autorizadas polo acordo de aprobación do proxecto, logo da acreditación no expediente do cumprimento da lexislación urbanística e de protección do medio rural, así como, do planeamento en vigor”. Se a obra necesitase, pola súa situación ou característica, permisos ou autorizacións doutros organismos, será o concello ou, no seu caso, a entidade local quen as solicite. Así mesmo, os concellos e demais entidades locais autorizarán a plena e libre disposición dos terreos a favor da Deputación de Pontevedra, para que esta poida acometer a execución das obras e, no caso de que sexa necesario, realizar expropiacións para a realización do investimento, serán por conta do concello solicitante. O órgano de contratación da Deputación aprobará os proxectos conxuntamente cos expedientes de contratación. DÉCIMO CUARTA. LICITACIÓN E MODIFICACIÓN DOS CONTRATOS Facúltase ó Presidente para resolver aqueles casos problemáticos ou situacións excepcionais non previstos, en relación coa licitación, que poidan xurdir no desenvolvemento do Plan. Os concellos e demais entidades locais, como titulares destas, poderán designar a un técnico para o seguimento e recepción das obras. A Deputación resérvase o dereito a designar a persoa encargada da dirección das obras, que poderá ser un técnico municipal, provincial ou de ámbito privado. O órgano contratante da Deputación non autorizará a realización de modificados nin complementarios dos proxectos, agás, casos moi excepcionais e debidamente motivados. Así mesmo, tampouco autorizará a aplicación das baixas de adxudicación nin para este, nin para outros proxectos. Non se admitirán liquidacións por exceso de medida. Se, excepcionalmente, fose necesario o incremento do custo será con cargo ó crédito do concello. Neste caso, deberá realizarse o ingreso con carácter previo á aprobación do expediente de modificación do contrato. DÉCIMO QUINTA. PUBLICIDADE As entidades locais que sexan beneficiarias, agás, no caso de que os investimentos os realice a Deputación, deberán darlle a adecuada publicidade do financiamento por parte da Deputación para a actividade subvencionada do seguinte xeito: • Deberá facerse constar en todas as accións de comunicación ou publicidade (carteis, folletos, programas, placas, cartas, páxina web…) o apoio que recibe por parte da Deputación de Pontevedra. Isto farase incluíndo o logotipo da institución provincial ,nun lugar visible, en todas as comunicacións tal e como se indica no Anexo de publicidade. • Obrigatoriamente, ó rematar a actividade subvencionada, deberá acreditarse o cumprimento desta cláusula coa presentación dunha breve memoria das accións de comunicación realizadas. • No Anexo de publicidade e na páxina web www.depo.es atópase o exemplo de tratamento que se lle debe dar á imaxe institucional da Deputacion de Pontevedra. • Para dúbidas e/ou aclaracións cómpre contactar co Departamento de Comunicación Institucional da Deputación de Pontevedra a través do correo electrónico imaxeinstitucional@depo.es ou do teléfono 986804100. O incumprimento desta obriga será causa de reintegro dos recursos recibidos con cargo a este programa. DÉCIMO SEXTA. EXECUCIÓN, XUSTIFICACIÓN E ENTREGA DOS INVESTIMENTOS ÁS ENTIDADES LOCAIS Os investimentos deberán estar executados e xustificados, na súa totalidade, antes do día 31 de decembro de 2013. Unha vez finalizadas as obras ou investimentos e recibidas pola administración contratante, levarase a cabo a súa entrega ó concello ou entidade local titular redactando a correspondente acta. Con carácter previo á entrega (acta de entrega/recepción) dos investimentos ás entidades locais farase unha resolución presidencial ordenándoa, xa que supón a saída do inmobilizado da esfera xurídico patrimonial da Deputación (pago da subvención), dándolles traslado á Intervención para contabilizar a baixa no inmobilizado da Deputación e ás entidades locais para que poidan contabilizar a entrada do seu inmobilizado; na resolución presidencial deberanse facer constar os datos cuantitativos para a correcta contabilización da baixa na contabilidade da Deputación e a alta na contabilidade dos concellos (custo, dimensións e características, etc.). DÉCIMO SÉTIMA. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DESTINADAS Á AMORTIZACION, PAGAMENTO DE DÉBEDAS E GASTOS CORRENTES As axudas concedidas para amortización e pagamento de débeda, así como, de gastos correntes deberán ser xustificadas antes do día 31 de marzo do 2013. O pagamento da axuda económica efectuarase previa comprobación por parte dos servizos administrativos do Servizo de Cooperación e Intervención de que se realizou o gasto para o fin e polo importe subvencionado e que se cumpriu coa finalidade e o obxecto da subvención, emitindo, como resultado, un informe con carácter previo á proposta de pagamento da subvención. A documentación xustificativa, que deberá presentase en orixinal ou en copia compulsada polo funcionario debidamente habilitado, onde conste a súa identidade, é a seguinte: 2.- Amortización de débeda con entidades financeiras: - Farase anticipadamente unha vez se aprobe a concesión da subvención. - Posteriormente, deberán xustificar a realización do pagamento, remitindo: - Certificación ou acordo do órgano competente aprobando a amortización que se realizou á entidade financeira. - Certificación do Interventor/a ou Secretario-Interventor/a da realización do pago á/ás entidade/s financeira/as. 3. Pagamento de acredores de investimentos: - Certificación do órgano competente aprobando os pagamentos realizados ós acredores. - Certificación Interventor/a ou Secretario-Interventor/a acreditativa de que a subvención se aplicou á finalidade proposta, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. 4. Débeda do Estado: - Certificación do Interventor/a ou Secretario-Interventor/a indicando que se fixo o aboamento e que se corresponden con débedas ó Estado e o seu concepto e importe. - Certificación do órgano competente aprobando os pagamentos realizados. 5. Gasto corrente: 5.1. Pagamento a acredores de gasto corrente: - Certificación do órgano competente aprobando os pagamentos realizados ós acredores. - Certificación do Interventor/a ou Secretario-Interventor/a de que a subvención se aplicou á finalidade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. 5.2. Gasto corrente novo: a) Conta xustificativa dos gastos, no modelo normalizado que se atopa na páxina web da Deputación, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou). b) Certificación do Interventor/a ou Secretario-Interventor/a acreditativa de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron ós gastos subvencionados, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. c) Declaración do Concello/Entidade Local de darlle difusión á actividade subvencionada, facendo constar a colaboración da Deputación-Servizo de Cooperación, ademais de cumprir co disposto na base décimo quinta sobre a publicidade. A este respecto, o servizo de inspección da Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non se procederá ó seu libramento. DÉCIMO OITAVA. APROBACIÓN DAS BASES De acordo co establecido na base 16.3 das de execución do orzamento para o 2012 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións o órgano competente para a aprobación destas bases é o Pleno da Deputación. DÉCIMO NOVENA. DEREITO SUPLETORIO Para o non disposto nas presentes bases contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2012, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003), Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº. 121 de 25/06/2007) e demais lexislación aplicable. VIXÉSIMA.-RECLAMACIÓNS Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada lei. Todo iso, sen prexuízo, de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveniente. ANEXOS DA CONVOCATORIA E MODELOS DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN: Todos os anexos referidos nas presentes bases ou modelos normalizados para a solicitude destas subvencións facilitaranllos no Rexistro desta Deputación e no Servizo de Cooperación, ou ben, a través da súa páxina web (www.depontevedra.es). 5.6264.- MODIFICACIÓN DO V ACORDO REGULADOR PARA PERSOAL FUNCIONARIO E I CONVENIO COLECTIVO PARA PERSOAL LABORAL Sr. Presidente.- Punto número 5 do orde do día. Modificación do V Acordo Regulador para o persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral. D. Jesús Vázquez Almuíña ten a palabra. Sr.Vázquez Almuíña.- Moi bos días Presidente, Sres. Deputados. En primeiro lugar, quería felicitar e dar a benvida ó novo compañeiro D. Fernando Guitián Guitián, Alcalde de Gondomar porque siga en esa liña ascendente, moitas felicidades e benvido. O asunto do punto numero 5 da orde do día, trata de adaptación do V Acordo Regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral que hai que realizar debido ás diferentes, digamos normativas, que xurdiron dende que no 2006, concretamente no 25 de xaneiro deste ano foi aprobado o V Acordo Regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral. Foi publicado no Boletín Oficial da Provincia número 26 de data 7 de febreiro de 2006, desde entón, unha serie de disposicións normativas estatais e autonómicas modificaron este Acordo regulador e con fin de, precisamente, actualizalo e ter, por parte de todos os traballadores, un texto claro, se someteu a unha negociación con, dentro da Comisión Paritaria Mixta. Estas modificacións normativas porque, unha parte, delas son negociadas, ¿non? e concretamente en reunión celebrada o 12 de setembro deste ano 2012 foi informado favorablemente pola Comisión Paritaria Mixta para que se actualice para o que corresponde ás normas estatais e económicas e se manteña a redacción anterior en aquilo que non lle afecte. Desde aquí, quero agradecer, precisamente, a todos os membros da Comisión Paritaria Mixta, as facilidades para chegar a acordos e, se ben é certo, que como dicía antes, hai unha serie de puntos que non son negociables, hai outros importantes que si foron froito desa negociación e que se chegou a acordo, sobre todo, o que corresponde á cobertura de baixas, ¿non?, xa que para o que é a enfermidade profesional e accidentes laborais hai unha cobertura do 100% e para, digamos, a enfermidade común, pois, hai unha marxe que se establecía segundo os días e se chegou a un acordo para establecelos, digamos, un réxime o máis favorable posible para os traballadores que, incluso, desde a Comisión Paritaria Mixta casos dubidosos se puideran resolver aí, e que non quedaran sen cobertura adecuada, pois, aquelas persoas que, desgraciadamente, por motivos de enfermidade non puideran traballar. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Vázquez Almuíña. ¿Algunha intervención?. Non hai, polo tanto procedemos á aprobación desta modificación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vistas as modificacións normativas introducidas polo Real Decreto-lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, (BOE núm. 168 de data 14 de xullo de 2012) e Lei 9/2012, de 3 de agosto, da Xunta de Galicia, de adaptación á mesma; considerando as disposicións normativas actualmente vixentes e ó amparo do establecido no artigo 49.a) e 33.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime local, na redacción dada pola Lei 11/99, de 21 de abril, así como artigo 70.4 do RD 2568/86, de 28 de novembro, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por unanimidade aprobar a actualización do V Acordo Regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral en materia de vacacións, permisos e licenzas nos termos que a continuación se sinalan: ADAPTACIÓN DO V ACORDO REGULADOR PARA PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL Ó DISPOSTO NO REAL DECRETO-LEI 20/2012, DE 13 DE XULLO, DE MEDIDAS PARA GARANTIR A ESTABILIDADE ORZAMENTARIA E DE FOMENTO DA COMPETITIVIDADE CAPÍTULO II: VACACIÓNS 1º.- MODIFICACIÓN DOS ARTIGOS 14 E 28 .- VACACIÓNS 1.- As vacacións anuais retribuídas do persoal funcionario serán de vinte e dous días hábiles ou dos días que lles correspondan proporcionalmente se o tempo de servizo durante o ano fose menor, debendo collerse de forma obrigatoria dentro do ano natural e ata o quince de xaneiro do ano seguinte, en períodos mínimos de cinco días hábiles consecutivos, sempre que os correspondentes períodos das vacacións sexan compatibles coas necesidades do servizo. 2.- Para os efectos do previsto no presente artigo, non se considerarán como días hábiles os sábados, sen prexuízo das adaptacións que se establezan para os horarios especiais. 3.- Recoñécese o dereito á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes e a preferencia da elección de mulleres e homes con fillas ou fillos menores de doce anos ou maiores dependentes ó seu coidado. Os permisos de maternidade, paternidade e lactación, así como os períodos de incapacidade temporal derivados do embarazo, poderanse acumular ó período de vacacións, incluso despois da finalización do ano natural correspondente. 4.- As vacacións colleranse preferentemente entre os meses de xuño e setembro, ambos inclusive. No caso de que se soliciten fóra deste período a súa concesión quedará supeditada ás necesidades do servizo e á cobertura do seu posto de traballo. 5.- Nos servizos ou centros nos que poida producirse colisión de intereses respecto ó período das vacacións organizaranse as quendas de forma rotatoria. 6.- Antes do día 1 de abril de cada ano todos os servizos e centros dependentes da Deputación Provincial elaborarán o seu cadro de vacacións, que se lle deberá remitir ó Servizo de Recursos Humanos e Formación para que o aprobe a Presidencia da Deputación. Calquera variación do cadro deberá serlle comunicada cun mes de antelación, excepto os casos de urxencia excepcionais. O cadro de vacacións exporase en cada un dos servizos e centros. En todo caso, o persoal poderá coñecer, polo menos con dous meses de antelación, a data das súas vacacións. No suposto de que isto resulte imposible a causa das quendas ou das necesidades do servizo debidamente acreditadas e xustificadas saberano cunha antelación mínima dun mes, co obxecto de que poidan organizar o exercicio deste dereito. 7.- As vacacións non poderán ser compensadas en metálico, nin en todo nin en parte, excepto cando durante o transcurso do ano se produza a extinción da relación funcionarial, sexa declarado en situación de excedencia ou de suspensión de funcións e aínda non fixese uso ou completase na súa totalidade o seu período de vacacións. 8.- O período das vacacións poderá ser interrompido voluntariamente se as necesidades do servizo así o esixisen cando mediasen circunstancias de carácter extraordinario. En tal caso, o afectado, unha vez restablecida a situación, conservará o seu dereito a completalo aínda que teña rematado o ano natural ó que correspondan. O período de vacacións programado e aprobado por resolución presidencial non poderá ser modificado ou alterado salvo que existan causas debidamente motivadas e xustificadas. CAPÍTULO III: PERMISOS E LICENZAS 2.- MODIFICACIÓN DOS ARTIGOS 15 E 29 .- PERMISOS 1.- Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento, establécese o seguinte réxime de permisos: a) Polo falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade. Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade. Os permisos por enfermidade grave e falecemento de parentes faranse extensibles ás persoas e fillos de quen, sen ser cónxuxe, conviva co titular do dereito e o acredite por calquera medio válido en dereito. b) Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día na mesma localidade e dous días se hai cambio de localidade. Se a unidade familiar está integrada por dúas ou máis persoas membros, o permiso será de dous días sen cambio de localidade e de catro se existe cambio. c) Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos legalmente establecidos. d) Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude, durante os días da súa realización. e) Por lactación dunha filla ou fillo menor de doce meses, a funcionaria terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderase substituír por unha redución da xornada normal en media hora ó inicio e ó final da xornada, ou ben nunha hora ó inicio ou ó final da xornada. Este dereito poderá ser exercido indistintamente polas persoas proxenitoras, no caso de que ambas traballen. Igualmente, poderase substituír o tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente, ou ben por un crédito de horas, podendo aproveitarse, en ambos casos, en calquera momento, despois do goce do permiso de maternidade. A cantidade de horas incluídas no crédito será o resultado de contabilizar o total de horas ás que se tería dereito se dispuxese do permiso de lactación na súa modalidade dunha hora de ausencia. Este permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple. Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito computarase durante o primeiro ano desde a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollemento. f) Por nacemento de fillas e fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer no hospital a continuación do parto, a funcionaria ou funcionario terá dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dúas horas diarias e percibirá as retribucións íntegras. g) Por razóns de garda legal, cando o persoal funcionario teña ó seu coidado directo algún menor de doce anos, unha persoa maior que requira especial dedicación ou unha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito a unha redución dun terzo ou un medio da xornada de traballo, coa diminución proporcional das súas retribucións. Terá o mesmo dereito o persoal funcionario que precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non se poida valer por se mesmo e que non desempeñe actividade retribuída. h) As funcionarias embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto polo tempo necesario para a súa práctica e previa xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo. i) O persoal funcionario terá dereito a un permiso retribuído para tratamentos de fecundación asistida polo tempo necesario para a súa práctica, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo. Se fose necesario o desprazamento, o permiso será de dous días. j) Para acompañar ó seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade a tratamentos de fecundación asistida, a exames prenatais e a técnicas de preparación ó parto, o persoal funcionario terá dereito a un permiso retribuído en idénticos termos e condicións de exercicio que os previstos para estes permisos. k) Nos supostos de accidente ou enfermidade moi grave do ou da cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en primeiro grao, persoas acollidas ou familiares que convivan na mesma casa, e para atender ó seu coidado, o persoal funcionario terá dereito a un permiso retribuído cunha duración máxima de trinta días naturais. Cada accidente ou enfermidade xerará un único permiso, que, dentro da duración máxima de trinta días, poderase utilizar de maneira separada ou acumulada. l) Por ser preciso atender ó coidado dun familiar de primeiro grao, o persoal funcionario terá dereito a solicitar unha redución de ata o 50% da xornada laboral, con carácter retribuído, por razóns de enfermidade moi grave e polo prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade padecida, ata un período máximo de dous meses. Se houbese máis dunha persoa titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de goce desta redución poderase prorratear entre elas, respectando, en todo caso, o prazo máximo dun mes ou, no seu caso, o de dous meses. ll) Por tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral. Para tal efecto considéranse deberes de inescusable carácter público e persoal os seguintes: - Expedición ou renovación do DNI, pasaporte, carné de conducir e demais xestións perante organismos oficiais. -Citacións de Xulgados, Comisarías, Subdelegación do Goberno, Concellos, etc. - O exercicio do cargo efectivo de concelleiro, deputado, conselleiro, parlamentario autonómico, estatal ou europeo. m) Por asuntos particulares, tres días, non recuperables, sen xustificación e respectando sempre as necesidades do servizo. Estes días solicitaranse formalmente e poderán engadirse ós días de descanso de fin de semana. Cando non sexa posible coller o referido permiso antes de finalizar o mes de decembro do ano en curso, poderán concederse no mes de xaneiro do ano seguinte. En caso de coincidir días de vacacións ou días de descanso semanal con días de asuntos propios, terá preferencia o persoal que dispoña de días de vacacións ou de descanso semanal pendentes. Os días de asuntos propios non poderán acumularse ós días de vacacións. A solicitude deste permiso por asuntos propios seguirá o procedemento establecido con carácter xeral para os permisos regulados neste artigo, salvo que lle afecte ó persoal das brigadas, caso no que a conformidade lle corresponde ó capataz. ñ) Por matrimonio, quince días naturais de duración, que poderá coller con anterioridade ou posterioridade ó día en que teña lugar, incluído este, podendo tamén facer uso dela sen solución de continuidade coas vacacións anuais regulamentarias. Este permiso concederase con plenitude de dereitos económicos. o) Para acompañar ás fillas, fillos e persoas maiores ó seu cargo a revisións médicas, polo tempo necesario, con aviso previo e xustificación da necesidade de realizalas dentro da xornada de traballo. p) Por coidado de fillo menor afectado por cancro ou outra enfermidade grave: o funcionario terá dereito, sempre que ambos proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter preadoptivo ou permanente traballen, a unha redución da xornada de traballo de ó menos a metade da duración daquela, percibindo as retribucións íntegras con cargo ós orzamentos do órgano ou entidade onde veña prestando os seus servizos, para o coidado, durante a hospitalización e tratamento continuado, do fillo menor de idade afectado polo cancro (tumores malignos, melanomas ou carcinomas) ou por calquera outra enfermidade grave que implique un ingreso hospitalario de larga duración e requira a necesidade do seu coidado directo, continuo e permanente acreditado polo informe do Servizo público de saúde ou órgano administrativo sanitario da Comunidade Autónoma ou, no seu caso, da entidade sanitaria concertada correspondente e, como máximo, ata que o menor cumpra os 18 años. Cando concorran en ambos proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter preadoptivo ou permanente, polo mesmo suxeito e feito causante, as circunstancias necesarias para ter dereito a este permiso ou, no seu caso, poidan ter a condición de beneficiarios da prestación establecida para este fin no Réxime da Seguridade Social que lles sexa de aplicación, o funcionario terá dereito á percepción das retribucións íntegras durante o tempo que dure a redución da súa xornada de traballo, sempre que o outro proxenitor, adoptante ou acolledor de carácter preadoptivo ou permanente, sen prexuízo do dereito á redución de xornada que lle corresponda, non cobre as súas retribucións íntegras en virtude deste permiso ou como beneficiario da prestación establecida para este fin no Réxime da Seguridade Social que lle sexa de aplicación. En caso contrario, só se terá dereito á redución de xornada, coa conseguinte redución de retribucións. Así mesmo, no suposto de que ambos presten servizos no mesmo órgano ou entidade, esta poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns fundadas no correcto funcionamento do servizo. 2.- En todo caso, concederanse os seguintes permisos: a) Permiso por parto: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade da filla ou fillo, e por cada filla ou fillo a partires do segundo, nos supostos de parto múltiple. O permiso distribuirase á opción da funcionaria sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. No caso de falecemento da nai, a outra persoa proxenitora poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste do permiso. Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos proxenitores traballen, a nai, ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar porque a outra persoa proxenitora goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. A outra persoa proxenitora poderá seguir gozando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que, no momento previsto para a reincorporación da nai ó traballo esta se atope en situación de incapacidade temporal. Nos casos de goce simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan no caso de discapacidade da filla ou fillo ou de parto múltiple. Este permiso poderase gozar a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen. O permiso ó que se refire este apartado poderá gozarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, por solicitude dos funcionarios e se o permiten as necesidades dos servizos, nos termos que regulamentariamente se determinen. Este permiso poderase facer uso del, a tempo parcial mediante acordo previo entre o funcionario afectado e o órgano competente para a súa concesión, seguindo o procedemento establecido no Real Decreto 180/2004, de 30 de xaneiro. Nos casos de parto prematuro e naqueles nos que, por calquera outra causa, a neonata ou neonato deba permanecer no hospital a continuación do parto, este permiso, ampliarase en tantos días como a neonata ou o neonato permaneza no hospital, cun máximo de trece semanas adicionais. Durante o goce deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración. b) Permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade da ou do menor adoptado ou acollido e por cada filla ou fillo, a partires da ou do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple. O cómputo do prazo contarase a elección da persoa funcionaria, a partires da decisión administrativa ou xudicial do acollemento ou a partires da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción, sen que un mesmo menor poida dar, en ningún caso, dereito a varios períodos de goce deste permiso. En caso de que ambos os dous proxenitores traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos. Nos casos de goce simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade da ou do menor en adopción o en acollida. Este permiso poderase gozar a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen. O permiso ó que se refire este apartado poderá gozarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, por solicitude dos funcionarios e se o permiten as necesidades dos servizos, nos termos que regulamentariamente se determinen. Este permiso poderase facer uso del, a tempo parcial mediante acordo previo entre o funcionario afectado e o órgano competente para a súa concesión, seguindo o procedemento establecido no Real Decreto 180/2004, de 30 de xaneiro. Se fose necesario o desprazamento previo das persoas proxenitoras ó país de orixe da ou do menor en adopción ou acollida, nos casos de adopción ou acollemento internacional, terase dereito, ademais, a un permiso de ata tres meses de duración, e durante este período percibiranse exclusivamente as retribucións básicas, podendo gozar delas de forma fraccionada, sempre que non se superen os tres meses. Con independencia do permiso de ata tres meses previsto no parágrafo anterior e para o suposto previsto en dito parágrafo, o permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, poderase iniciar ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial do acollemento. Durante o goce deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración. Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan na normativa aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia, e o acollemento simple deberá ter unha duración non inferior a un ano. c) Permiso por paternidade polo nacemento, acollemento ou adopción dunha filla ou fillo: terá unha duración de vinte e nove días naturais, que gozará o pai funcionario a partires da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. No caso de parto, acollemento ou adopción múltiple, o permiso será de trinta e cinco días naturais. Nos supostos de adopción ou acollemento, se ambas as dúas persoas proxenitoras fosen persoal ó servizo da Deputación Provincial, o permiso poderase distribuír a opción da parte interesada, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos, respectando en todo caso o prazo de duración. Este permiso é independente do goce compartido dos permisos previstos nas letras a) e b). A nai poderá gozar deste permiso de paternidade a continuación dos permisos previstos nas letras a) e b) nos seguintes supostos: - Cando o pai falecese antes da utilización íntegra de dito permiso. - Se a filiación paterna non estivese determinada. - Cando as persoas proxenitoras non estivesen casadas nin estivesen unidas de feito en análoga relación de afectividade. - Cando en resolución xudicial ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso, recoñecéseselle á nai a garda da filla ou do fillo que acaba de nacer. No suposto de matrimonio de mulleres ou de unións de feito en análoga relación de afectividade, ó ser unha delas a nai biolóxica, a que non o sexa terá dereito ó permiso de paternidade nos termos fixados nesta letra. Nos casos previstos nas letras a), b) e c), o tempo transcorrido durante o goce destes permisos computarase como de servizo efectivo a todos os efectos, garantíndose a plenitude de dereitos económicos do persoal funcionario durante todo o período de duración do permiso e, no seu caso, durante os períodos posteriores ó goce deste, se, de acordo coa normativa aplicable, o dereito a percibir algún concepto retributivo determínase en función do período de goce do permiso. As persoas funcionarias que fixesen uso do permiso por parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento terán dereito, unha vez que finalice o período de permiso, a reintegrarse ó seu posto de traballo nos termos e nas condicións que non lles resulten menos favorables ó goce do permiso, así como, a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que puidesen ter dereito durante a súa ausencia. d) Permiso por razón de violencia de xénero sobre o persoal funcionario: as faltas de asistencia do persoal funcionario vítima da violencia de xénero, totais ou parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións nas que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde, segundo proceda. Así mesmo, o persoal funcionario vítima de violencia de xénero, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terá dereito á redución da xornada coa diminución proporcional da retribución ou á reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo que lle poida ser aplicable, nos termos que, para estes supostos, estableza a Deputación Provincial. 2.- En tanto non se poña en funcionamento o portal do empregado, os permisos solicitaranse en impreso oficial coa conformidade do xefe do servizo ou centro, e presentaranse a través do rexistro xeral da Deputación Provincial con, polo menos, 72 horas de antelación, excepto nos casos de urxencia. Estas solicitudes deberán resolverse con, polo menos, 24 horas de antelación ó día solicitado. Transcorrido este prazo sen que se ditase resolución expresa entenderase que o permiso foi concedido. 3º.- MODIFICACIÓN DOS ARTIGOS 16 E 30.- LICENZAS 1.- Poderanse conceder licenzas nos seguintes casos e condicións: A) Licenza por enfermidade As enfermidades que impidan un normal desempeño das funcións públicas darán lugar a licenzas. A Deputación Provincial aplicará, ademais do previsto na Lei Xeral de Seguridade Social, as seguintes regras para proceder ó aboamento do complemento por incapacidade temporal do persoal ó seu servizo: a) En caso de hospitalización e intervención cirúrxica, aboarase un complemento ata acadar o 100% das retribucións dende a data de inicio da situación de incapacidade temporal por continxencias profesionais e por continxencias comúns. b) Nos casos de incapacidade temporal por enfermidade común ou accidente non laboral o complemento calcularase de conformidade coas seguintes regras: b1) Dende o primeiro día da situación de IT ata o terceiro día inclusive aboarase un complemento ata alcanzar o 50% das retribucións que se veñan percibindo no mes anterior ó de causarse a incapacidade. b2) Dende o cuarto día da situación de IT ata o vixésimo día inclusive aboárase un complemento ata alcanzar o 75% das retribucións que viñeran correspondendo a dito persoal no mes anterior ó de causarse a incapacidade. b3) Dende o día vinte e un da situación de IT ata o nonaxésimo, aboarase un complemento ata alcanzar o 100% das retribucións básicas e complementarias. c) A partir do día nonaxésimo primeiro, aboarase o subsidio establecido no réxime xeral da Seguridade Social, (75% da base reguladora). Nas situacións de maternidade, risco por embarazo, risco durante a lactación natural e paternidade, percibirán un complemento á prestación económica de ata o 100% da súa retribución. En caso de incapacidade temporal por continxencias profesionais, a prestación recoñecida pola Seguridade Social complementarase, desde o primeiro día, ata acadar o 100% das retribucións que viñeran correspondendo a dito persoal no mes anterior ó de causarse a incapacidade. A partires do día nonaxésimo primeiro, será do 100% da base reguladora. As referencias a días incluídas no presente artigo entenderanse realizadas a días naturais. O disposto neste artigo será de aplicación ás situacións que se produzan a partires da data de entrada en vigor do RDL 20/2012, quedando en suspenso os acordos, pactos e convenios vixentes que contradigan o indicado neste artigo, non séndolles de aplicación ós empregados públicos que, á súa entrada en vigor, se atopen na situación de incapacidade temporal. As previsións contidas neste artigo respecto ás prestacións económicas na situación de incapacidade temporal surtirán efectos a partires do 15 de outubro de 2012. Excepcionalmente, de acreditarse a gravidade da enfermidade a través da Inspección Médica da Deputación, e conforme ós informes médicos requiridos, poderá prorrogarse a licenza con plenitude de dereitos económicos previo ditame favorable da Comisión Paritaria Mixta. A Presidencia poderá efectuar a comprobación das baixas por enfermidade de calquera funcionario, cando o considere oportuno, a través da Inspección Médica da Deputación Provincial. As baixas por enfermidade de duración inferior a catro días deberán xustificarse, en calquera caso, documentalmente perante o xefe respectivo e perante o Servizo de Recursos Humanos e Formación. B) Licenza por asuntos propios Conforme ó previsto no artigo 142 do Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril, e artigo 74.3 da Lei da función pública de Galicia e demais disposicións concordantes, a licenza por asuntos propios será concedida, automaticamente, pola Presidencia da Deputación, previo informe do xefe do servizo correspondente. A concesión da dita licenza estará supeditada ás necesidades do servizo e a súa duración acumulada non poderá exceder de 3 meses cada dous anos. A petición cursarase con, polo menos, un mes de antelación á data prevista para poder facer uso dela e a denegación, no seu caso, deberá ser motivada e resolta no prazo de 20 días desde a súa recepción no Servizo de Recursos Humanos. Transcorrido o dito prazo sen resolución denegatoria entenderase estimada. Ó persoal interino non lles será de aplicación a licenza sen soldo dado o carácter da súa relación. O tempo de facer uso desta licenza computarase para efectos de antigüidade. C) Licenza por estudos Poderá concederse licenza para realizar cursos sobre materias directamente relacionadas co posto de traballo ou coas súas posibilidades de promoción profesional, previa solicitude, presentada no Rexistro xeral e con fundamento na xustificación da súa asistencia e, á necesidade ou non, para o servizo que preste o funcionario. A súa autorización correspóndelle á Xunta de Goberno da Corporación e, no caso de concederse, o funcionario terá dereito a percibir toda a súa remuneración de conformidade co establecido no Acordo Nacional de Formación Continua, así como, a indemnización prevista na lexislación aplicable. A duración desta licenza terá un límite máximo de 40 horas anuais, que poderá ser ampliado polo presidente. En todo caso, daráselle conta á Comisión Paritaria Mixta daqueles permisos e axudas económicas que se tramiten a través da Xunta de Goberno, sendo necesario un ditame previo desta Comisión para a autorización de todos aqueles cursos que excedan das 40 horas. Salvo que existan causas debidamente xustificadas, unicamente se concederá unha axuda económica por ano para asistir a cursos. Igualmente poderá concederse licenza ós funcionarios de carreira para realizar estudos sobre materias directamente relacionadas coa Administración Pública previo informe favorable do xefe de Servizo. A persoa funcionaria terá dereito a percibir as retribucións básicas, á reserva do posto de traballo e a que, o tempo transcorrido en tal situación, se compute para efectos de antigüidade. 2.- As licenzas dos apartados B) e C) solicitaranse por escrito en modelo oficial, co conforme do xefe do servizo ou do centro onde o funcionario preste servizos. 4º.- CRÉDITOS E PERMISOS SINDICAIS 1.- Todos aqueles dereitos sindicais cuxo contido exceda dos recollidos no RDL 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o TRLET, a LO 11/1985, de 2 de agosto, de Liberdade Sindical, e Lei 7/2007, de 12 de abril, do EBEP, relativos ó tempo retribuído para realizar funcións sindicais e de representación, nomeamento de delegados sindicais, así como, os relativos a dispensas totais de asistencia ó traballo e demais dereitos sindicais, axustaranse, de forma estrita, ó establecido en ditas normas. A partires da entrada en vigor de dito Real Decreto-lei deixarán de ter validez e surtir efectos, todos os pactos, acordos e convenios colectivos que nesta materia puidesen subscribirse e que excedan de dito contido. 2.- O disposto neste artigo será de aplicación o 1 de outubro de 2012. 5º.- XUBILACIÓN 1.- Con independencia da idade legal de xubilación forzosa establecida no apartado 3 do artigo 67 da Lei 7/2007, de 12 de abril do EBEP, a idade da xubilación forzosa do persoal funcionario, incluído no réxime xeral de Seguridade Social será, en todo caso, a que prevexan as normas reguladoras de dito réxime para o acceso á pensión de xubilación na súa modalidade contributiva sen coeficiente redutor por razón da idade. 6º.- REXISTRO DE ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN 1.- A Deputación Provincial creará un Rexistro de órganos de representación do persoal funcionario e laboral. 2.- Serán obxecto de inscrición ou anotación neste Rexistro os actos adoptados que afecten ás seguintes materias: a) Creación, modificación e supresión de órganos de representación do persoal funcionario ou laboral: Xuntas de Persoal, Delegados de Persoal, Comités de Empresa e Comités de Seguridade e Saúde. b) Número e identidade dos membros dos citados órganos, así como, as variacións que se produzan respecto dos mesmos. c) Creación, modificación ou supresión de seccións sindicais, así como, número e identidade dos correspondentes delegados. d) Cesións de créditos horarios legal ou convencionalmente establecidos que dean lugar á dispensa total ou parcial de asistencia ó traballo. e) Liberacións institucionais que deriven, no seu caso, do disposto en normas, pactos ou convenios e calquera outra modificación na obrigación ou no réxime de asistencia ó traballo, que poida traer causa do establecido en disposicións legais e convencionais que resulten de aplicación. 3.- A xestión de dito Rexistro axustarase ó disposto na normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. 7º.- NEGOCIACIÓN COLECTIVA 1.- Garántese o cumprimento dos convenios colectivos e acordos que afecten ó persoal laboral, salvo, cando excepcionalmente e por causa grave de interese público derivada dunha alteración substancial das circunstancias económicas, os órganos de goberno da Deputación Provincial suspendan ou modifiquen o cumprimento de convenios colectivos ou acordos xa asinados, na medida estritamente necesaria para salvagardar o interese público. Neste suposto, deberá informarse ás organizacións sindicais das causas da suspensión ou modificación. 8º.- SUSPENSIÓN DE PACTOS, ACORDOS E CONVENIOS 1.- Suspéndense e quedan sen efecto os acordos, pactos e convenios que conteñan cláusulas que se opoñan ó disposto no RD-Lei 20/2012. 2.- Garántese o cumprimento dos pactos e acordos de persoal funcionario, salvo, cando excepcionalmente e por causa grave de interese público derivada dunha alteración substancial das circunstancias económicas, os órganos de goberno da Deputación Provincial suspendan ou modifiquen o cumprimento de pactos e acordos xa asinados, na medida estritamente necesaria para salvagardar o interese público. 3.- Ós efectos do previsto no apartado anterior e artigos 32 e 38.10 do EBEP, entenderase que concorre causa grave de interese público derivada da alteración substancial das circunstancias económicas, cando, as Administracións Públicas deban adoptar medidas ou plans de axuste, de reequilibrio das contas públicas ou de carácter económico financeiro para asegurar a estabilidade orzamentaria ou a corrección do déficit público. DISPOSICIÓN TRANSITORIA 1.- Dende a entrada en vigor do Real Decreto-lei 20/2012, quedan suspendidos e sen efecto os acordos, pactos e convenios para o persoal funcionario e laboral, subscritos pola Deputación Provincial que non se axusten ó previsto nestes artigos, en particular, no relativo ó período de vacacións e días adicionais. 2.- O disposto neste acordo de adaptación non impedirá que o persoal funcionario e laboral goce os días correspondentes ó ano 2012, conforme á normativa vixente, ata a entrada en vigor do RD-lei 20/2012. ADAPTACIÓN DO I CONVENIO COLECTIVO PARA PERSOAL LABORAL DA DEPUTACIÓN Ó DISPOSTO NO REAL DECRETO-LEI 20/2012, DE 13 DE XULLO, DE MEDIDAS PARA GARANTIR A ESTABILIDADE ORZAMENTARIA E DE FOMENTO DA COMPETITIVIDADE CAPÍTULO VIII VACACIÓNS, LICENZAS E PERMISOS 1º.- MODIFICACIÓN DO ARTIGO 28 .- VACACIÓNS 1.- As vacacións anuais retribuídas do persoal laboral serán de vinte e dous días hábiles ou dos días que lles correspondan proporcionalmente se o tempo de servizo durante o ano fose menor, debendo collerse de forma obrigatoria dentro do ano natural e ata o quince de xaneiro do ano seguinte, en períodos mínimos de cinco días hábiles consecutivos, sempre que os correspondentes períodos das vacacións sexan compatibles coas necesidades do servizo. 2.- Para os efectos do previsto no presente artigo, non se considerarán como días hábiles os sábados, sen prexuízo das adaptacións que se establezan para os horarios especiais. 3.- Recoñécese o dereito á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes e a preferencia da elección de mulleres e homes con fillas ou fillos menores de doce anos ou maiores dependentes ó seu coidado. Os permisos de maternidade, paternidade e lactación, así como os períodos de incapacidade temporal derivados do embarazo, poderanse acumular ó período de vacacións, incluso despois da finalización do ano natural correspondente. 4.- As vacacións colleranse preferentemente entre os meses de xuño e setembro, ambos inclusive. No caso de que se soliciten fóra deste período a súa concesión quedará supeditada ás necesidades do servizo e á cobertura do seu posto de traballo. 5.- Nos servizos ou centros nos que poida producirse colisión de intereses respecto ó período das vacacións organizaranse as quendas de forma rotatoria. 6.- Antes do día 1 de abril de cada ano todos os servizos e centros dependentes da Deputación Provincial elaborarán o seu cadro de vacacións, que se lle deberá remitir ó Servizo de Recursos Humanos e Formación para que o aprobe a Presidencia da Deputación. Calquera variación do cadro deberá serlle comunicada cun mes de antelación, excepto os casos de urxencia excepcionais. O cadro de vacacións exporase en cada un dos servizos e centros. En todo caso, o persoal poderá coñecer, polo menos con dous meses de antelación, a data das súas vacacións. No suposto de que isto resulte imposible a causa das quendas ou das necesidades do servizo debidamente acreditadas e xustificadas saberano cunha antelación mínima dun mes, co obxecto de que poidan organizar o exercicio deste dereito. 7.- As vacacións non poderán ser compensadas en metálico, nin en todo nin en parte, excepto cando durante o transcurso do ano se produza a extinción da relación funcionarial, sexa declarado en situación de excedencia ou de suspensión de funcións e aínda non fixese uso ou completase na súa totalidade o seu período de vacacións. 8.- O período das vacacións poderá ser interrompido voluntariamente se as necesidades do servizo así o esixisen cando mediasen circunstancias de carácter extraordinario. En tal caso, o afectado, unha vez restablecida a situación, conservará o seu dereito a completalo aínda que teña rematado o ano natural ó que correspondan. O período de vacacións programado e aprobado por resolución presidencial non poderá ser modificado ou alterado salvo que existan causas debidamente motivadas e xustificadas. 2.- MODIFICACIÓN DO ARTIGO 29 .- PERMISOS 1.- Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento, establécese o seguinte réxime de permisos: a) Polo falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade. Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade. Os permisos por enfermidade grave e falecemento de parentes faranse extensibles ás persoas e fillos de quen, sen ser cónxuxe, conviva co titular do dereito e o acredite por calquera medio válido en dereito. b) Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día na mesma localidade e dous días se hai cambio de localidade. Se a unidade familiar está integrada por dous ou máis persoas membros, o permiso será de dous días sen cambio de localidade e de catro se existe cambio. c) Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos legalmente establecidos. d) Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude, durante os días da súa realización. e) Por lactación dunha filla ou fillo menor de doce meses, a funcionaria terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderase substituír por unha redución da xornada normal en media hora ó inicio e ó final da xornada, ou ben nunha hora ó inicio ou ó final da xornada. Este dereito poderá ser exercido indistintamente polas persoas proxenitoras, no caso de que ambas traballen. Igualmente, poderase substituír o tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente, ou ben por un crédito de horas, podendo aproveitarse, en ambos casos, en calquera momento, despois do goce do permiso de maternidade. A cantidade de horas incluídas no crédito será o resultado de contabilizar o total de horas ás que se tería dereito se se dispuxese do permiso de lactación na súa modalidade dunha hora de ausencia. Este permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple. Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito computarase durante o primeiro ano desde a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollemento. f) Por nacemento de fillas e fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer no hospital a continuación do parto, a traballadora ou traballador terá dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dúas horas diarias e percibirá as retribucións íntegras. g) Por razóns de garda legal, cando o persoal laboral teña ó seu coidado directo algún menor de doce anos, unha persoa maior que requira especial dedicación ou unha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito a unha redución dun terzo ou un medio da xornada de traballo, coa diminución proporcional das súas retribucións. Terá o mesmo dereito o traballador que precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non se poida valer por se mesmo e que non desempeñe actividade retribuída. h) As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto polo tempo necesario para a súa práctica e previa xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo. i) O persoal laboral terá dereito a un permiso retribuído para tratamentos de fecundación asistida polo tempo necesario para a súa práctica, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo. Se fose necesario o desprazamento, o permiso será de dous días. j) Para acompañar ó seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade a tratamentos de fecundación asistida, a exames prenatais e a técnicas de preparación ó parto, o persoal laboral terá dereito a un permiso retribuído en idénticos termos e condicións de exercicio que os previstos para estes permisos. k) Nos supostos de accidente ou enfermidade moi grave do ou da cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en primeiro grao, persoas acollidas ou familiares que convivan na mesma casa, e para atender ó seu coidado, o persoal laboral terá dereito a un permiso retribuído cunha duración máxima de trinta días naturais. Cada accidente ou enfermidade xerará un único permiso que, dentro da duración máxima de trinta días, poderase utilizar de maneira separada ou acumulada. l) Por ser preciso atender ó coidado dun familiar de primeiro grao, o persoal laboral terá dereito a solicitar unha redución de ata o 50% da xornada laboral, con carácter retribuído, por razóns de enfermidade moi grave e polo prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade padecida, ata un período máximo de dous meses. Se houbese máis dunha persoa titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de goce desta redución poderase prorratear entre elas, respectando, en todo caso, o prazo máximo dun mes ou, no seu caso, o de dous meses. ll) Por tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral. Para tal efecto considéranse deberes de inescusable carácter público e persoal os seguintes: - Expedición ou renovación do DNI, pasaporte, carné de conducir e demais xestións perante organismos oficiais. -Citacións de Xulgados, Comisarías, Subdelegación do Goberno, Concellos, etc. - O exercicio do cargo efectivo de concelleiro, deputado, conselleiro, parlamentario autonómico, estatal ou europeo. m) Por asuntos particulares, tres días, non recuperables, sen xustificación e respectando, sempre, as necesidades do servizo. Estes días solicitaranse formalmente e poderán engadirse ós días de descanso de fin de semana. Cando non sexa posible coller o referido permiso antes de finalizar o mes de decembro do ano en curso, poderán concederse no mes de xaneiro do ano seguinte. En caso de coincidir días de vacacións ou días de descanso semanal con días de asuntos propios, terá preferencia o persoal que dispoña de días de vacacións ou de descanso semanal pendentes. Os días de asuntos propios non poderán acumularse ós días de vacacións. A solicitude deste permiso por asuntos propios seguirá o procedemento establecido con carácter xeral para os permisos regulados neste artigo, salvo que lle afecte ó persoal das brigadas, caso no que a conformidade lle corresponde ó capataz. ñ) Por matrimonio, quince días naturais de duración, que poderá coller con anterioridade ou posterioridade ó día en que teña lugar, incluído este, podendo tamén facer uso dela sen solución de continuidade coas vacacións anuais regulamentarias. Este permiso concederase con plenitude de dereitos económicos. o) Para acompañar ás fillas, fillos e persoas maiores ó seu cargo a revisións médicas, polo tempo necesario, con aviso previo e xustificación da necesidade de realizalas dentro da xornada de traballo. p) Por coidado de fillo menor afectado por cáncro ou outra enfermidade grave: o traballador terá dereito, sempre que ambos proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter preadoptivo ou permanente traballen, a unha redución da xornada de traballo de ó menos a metade da duración daquela, percibindo as retribucións íntegras con cargo ós orzamentos do órgano ou entidade onde veña prestando os seus servizos, para o coidado, durante a hospitalización e tratamento continuado, do fillo menor de idade afectado polo cancro (tumores malignos, melanomas ou carcinomas) ou por calquera outra enfermidade grave que implique un ingreso hospitalario de larga duración e requira a necesidade do seu coidado directo, continuo e permanente acreditado polo informe do Servizo público de saúde ou órgano administrativo sanitario da Comunidade Autónoma ou, no seu caso, da entidade sanitaria concertada correspondente e, como máximo, ata que o menor cumpra os 18 años. Cando concorran en ambos proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter preadoptivo ou permanente, polo mesmo suxeito e feito causante, as circunstancias necesarias para ter dereito a este permiso ou, no seu caso, poidan ter a condición de beneficiarios da prestación establecida para este fin no Réxime da Seguridade Social que lles sexa de aplicación, o traballador terá dereito á percepción das retribucións íntegras durante o tempo que dure a redución da súa xornada de traballo, sempre que o outro proxenitor, adoptante ou acolledor de carácter preadoptivo ou permanente, sen prexuízo do dereito á redución de xornada que lle corresponda, non cobre as súas retribucións íntegras en virtude deste permiso ou como beneficiario da prestación establecida para este fin no Réxime da Seguridade Social que lle sexa de aplicación. En caso contrario, só se terá dereito á redución de xornada, coa conseguinte redución de retribucións. Así mesmo, no suposto de que ambos presten servizos no mesmo órgano ou entidade, esta poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns fundadas no correcto funcionamento do servizo. 2.- En todo caso, concederanse os seguintes permisos: a) Permiso por parto: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade da filla ou fillo, e por cada filla ou fillo a partires do segundo, nos supostos de parto múltiple. O permiso distribuirase á opción da funcionaria sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. No caso de falecemento da nai, a outra persoa proxenitora poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste do permiso. Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos proxenitores traballen, a nai, ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar porque a outra persoa proxenitora goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. A outra persoa proxenitora poderá seguir gozando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que, no momento previsto para a reincorporación da nai ó traballo esta se atope en situación de incapacidade temporal. Nos casos de goce simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan no caso de discapacidade da filla ou fillo ou de parto múltiple. Este permiso poderase gozar a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen. O permiso ó que se refire este apartado poderá gozarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, por solicitude dos traballadores e se o permiten as necesidades dos servizos, nos termos que regulamentariamente se determinen. Este permiso poderase facer uso del, a tempo parcial mediante acordo previo entre o traballador afectado e o órgano competente para a súa concesión, seguindo o procedemento establecido no Real Decreto 180/2004, de 30 de xaneiro. Nos casos de parto prematuro e naqueles nos que, por calquera outra causa, a neonata ou neonato deba permanecer no hospital a continuación do parto, este permiso, ampliarase en tantos días como a neonata ou o neonato permaneza no hospital, cun máximo de trece semanas adicionais. Durante o goce deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración. b) Permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade da ou do menor adoptado ou acollido e por cada filla ou fillo, a partires da ou do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple. O cómputo do prazo contarase a elección da persoa funcionaria, a partires da decisión administrativa ou xudicial do acollemento ou a partires da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción, sen que un mesmo menor poida dar, en ningún caso, dereito a varios períodos de goce deste permiso. En caso de que ambos os dous proxenitores traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos. Nos casos de goce simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade da ou do menor en adopción o en acollida. Este permiso poderase gozar a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen. O permiso ó que se refire este apartado poderá gozarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, por solicitude dos traballadores e se o permiten as necesidades dos servizos, nos termos que regulamentariamente se determinen. Este permiso poderase facer uso del, a tempo parcial mediante acordo previo entre o traballador afectado e o órgano competente para a súa concesión, seguindo o procedemento establecido no Real Decreto 180/2004, de 30 de xaneiro. Se fose necesario o desprazamento previo das persoas proxenitoras ó país de orixe da ou do menor en adopción ou acollida, nos casos de adopción ou acollemento internacional, terase dereito, ademais, a un permiso de ata tres meses de duración, e durante este período percibiranse exclusivamente as retribucións básicas, podendo gozar delas de forma fraccionada, sempre que non se superen os tres meses. Con independencia do permiso de ata tres meses previsto no parágrafo anterior e para o suposto previsto en dito parágrafo, o permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, poderase iniciar ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial do acollemento. Durante o goce deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración. Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan na normativa aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia, e o acollemento simple deberá ter unha duración non inferior a un ano. c) Permiso por paternidade polo nacemento, acollemento ou adopción dunha filla ou fillo: terá unha duración de vinte e nove días naturais, que gozará o pai traballador a partires da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. No caso de parto, acollemento ou adopción múltiple, o permiso será de trinta e cinco días naturais. Nos supostos de adopción ou acollemento, se ambas as dúas persoas proxenitoras fosen persoal ó servizo da Deputación Provincial, o permiso poderase distribuír a opción da parte interesada, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos, respectando, en todo caso, o prazo de duración. Este permiso é independente do goce compartido dos permisos previstos nas letras a) e b). A nai poderá gozar deste permiso de paternidade a continuación dos permisos previstos nas letras a) e b) nos seguintes supostos: - Cando o pai falecese antes da utilización íntegra de dito permiso. - Se a filiación paterna non estivese determinada. - Cando as persoas proxenitoras non estivesen casadas nin estivesen unidas de feito en análoga relación de afectividade. - Cando en resolución xudicial ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso, recoñecéseselle á nai a garda da filla ou do fillo que acaba de nacer. No suposto de matrimonio de mulleres ou de unións de feito en análoga relación de afectividade, ó ser ,unha delas, a nai biolóxica; a que non o sexa, terá dereito ó permiso de paternidade nos termos fixados nesta letra. Nos casos previstos nas letras a), b) e c), o tempo transcorrido durante o goce destes permisos computarase como de servizo efectivo a todos os efectos, garantíndose a plenitude de dereitos económicos do persoal laboral durante todo o período de duración do permiso e, no seu caso, durante os períodos posteriores ó goce deste, se, de acordo coa normativa aplicable, o dereito a percibir algún concepto retributivo determínase en función do período de goce do permiso. As persoas funcionarias que fixesen uso do permiso por parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento terán dereito, unha vez que finalice o período de permiso, a reintegrarse ó seu posto de traballo nos termos e nas condicións que non lles resulten menos favorables ó goce do permiso, así como, a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que puidesen ter dereito durante a súa ausencia. d) Permiso por razón de violencia de xénero sobre o persoal laboral: as faltas de asistencia do persoal laboral vítima da violencia de xénero, totais ou parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións nas que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde, segundo proceda. Así mesmo, o persoal laboral vítima de violencia de xénero, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terá dereito á redución da xornada coa diminución proporcional da retribución ou á reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo que lle poida ser aplicable, nos termos que, para estes supostos, estableza a Deputación Provincial. 2.- En tanto non se poña en funcionamento o portal do empregado, os permisos solicitaranse en impreso oficial coa conformidade do xefe do servizo ou centro, e presentaranse a través do rexistro xeral da Deputación Provincial con, polo menos, 72 horas de antelación, excepto nos casos de urxencia. Estas solicitudes deberán resolverse con ,polo menos, 24 horas de antelación ó día solicitado. Transcorrido este prazo sen que se ditase resolución expresa entenderase que o permiso foi concedido. 3º.- MODIFICACIÓN DO ARTIGO 30.- LICENZAS 1.- Poderanse conceder licenzas nos seguintes casos e condicións: A) Licenza por enfermidade As enfermidades que impidan un normal desempeño das funcións públicas darán lugar a licenzas. A Deputación Provincial aplicará, ademais do previsto na Lei Xeral de Seguridade Social, as seguintes regras para proceder ó aboamento do complemento por incapacidade temporal do persoal ó seu servizo: a) En caso de hospitalización e intervención cirúrxica, aboarase un complemento ata acadar o 100% das retribucións dende a data de inicio da situación de incapacidade temporal por continxencias profesionais e por continxencias comúns. b) Nos casos de incapacidade temporal por enfermidade común ou accidente non laboral o complemento calcularase de conformidade coas seguintes regras: b1) Dende o primeiro día da situación de IT ata o terceiro día inclusive aboarase un complemento ata acadar o 50% das retribucións que se veñan percibindo no mes anterior ó de causarse a incapacidade. b2) Dende o cuarto día da situación de IT ata o vixésimo día inclusive aboárase un complemento ata acadar o 75% das retribucións que viñeran correspondendo a dito persoal no mes anterior ó de causarse a incapacidade. b3) Dende o día vinte e un da situación de IT ata o nonaxésimo, aboarase un complemento ata acadar o 100% das retribucións básicas e complementarias. c) A partir do día nonaxésimo primeiro, aboarase o subsidio establecido no réxime xeral da Seguridade Social (75% da base reguladora). Nas situacións de maternidade, risco por embarazo, risco durante a lactación natural e paternidade, percibirán un complemento á prestación económica de ata o 100% da súa retribución. En caso de incapacidade temporal por continxencias profesionais, a prestación recoñecida pola Seguridade Social complementarase, desde o primeiro día, ata acadar o 100% das retribucións que viñeran correspondendo a dito persoal no mes anterior ó de causarse a incapacidade. A partires do día nonaxésimo primeiro, será do 100% da base reguladora. As referencias a días incluídas no presente artigo entenderanse realizadas a días naturais. O disposto neste artigo será de aplicación ás situacións que se produzan a partires da data de entrada en vigor do RDL 20/2012, quedando en suspenso os acordos, pactos e convenios vixentes que contradigan o indicado neste artigo, non séndolles de aplicación ós empregados públicos que, á súa entrada en vigor, se atopen na situación de incapacidade temporal. As previsións contidas neste artigo respecto ás prestacións económicas na situación de incapacidade temporal surtirán efectos a partires do 15 de outubro de 2012. Excepcionalmente, de acreditarse a gravidade da enfermidade a través da Inspección Médica da Deputación e, conforme ós informes médicos requiridos, poderá prorrogarse a licenza con plenitude de dereitos económicos previo ditame favorable da Comisión Paritaria Mixta. A Presidencia poderá efectuar a comprobación das baixas por enfermidade de calquera traballador, cando o considere oportuno, a través da Inspección Médica da Deputación Provincial. As baixas por enfermidade de duración inferior a catro días deberán xustificarse, en calquera caso, documentalmente perante o xefe respectivo e perante o Servizo de Recursos Humanos e Formación. B) Licenza por asuntos propios Conforme ó previsto no artigo 142 do Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril, e artigo 74.3 da Lei da función pública de Galicia e demais disposicións concordantes, a licenza por asuntos propios será concedida, automaticamente, pola Presidencia da Deputación, previo informe do xefe do servizo correspondente. A concesión da dita licenza estará supeditada ás necesidades do servizo e a súa duración acumulada non poderá exceder de 3 meses cada dous anos. A petición cursarase con, polo menos, un mes de antelación á data prevista para poder facer uso dela e a denegación, no seu caso, deberá ser motivada e resolta no prazo de 20 días desde a súa recepción no Servizo de Recursos Humanos. Transcorrido o dito prazo sen resolución denegatoria entenderase estimada. Ó persoal interino e laboral temporal non lles será de aplicación a licenza sen soldo dado o carácter da súa relación. O tempo de facer uso desta licenza computarase para efectos de antigüidade. C) Licenza por estudos Poderá concederse licenza para realizar cursos sobre materias directamente relacionadas co posto de traballo ou coas súas posibilidades de promoción profesional, previa solicitude, presentada no Rexistro xeral e con fundamento na xustificación da súa asistencia e, á necesidade ou non, para o servizo que preste o traballador. A súa autorización correspóndelle á Xunta de Goberno da Corporación e, no caso de concederse, o traballador terá dereito a percibir toda a súa remuneración de conformidade co establecido no Acordo Nacional de Formación Continua, así como, a indemnización prevista na lexislación aplicable. A duración desta licenza terá un límite máximo de 40 horas anuais, que poderá ser ampliado polo presidente. En todo caso, daráselle conta á Comisión Paritaria Mixta daqueles permisos e axudas económicas que se tramiten a través da Xunta de Goberno, sendo necesario un ditame previo desta Comisión para a autorización de todos aqueles cursos que excedan das 40 horas. Salvo que existan causas debidamente xustificadas, unicamente se concederá unha axuda económica por ano para asistir a cursos. Igualmente poderá concederse licenza ó persoal laboral fixo para realizar estudos sobre materias directamente relacionadas coa Administración Pública previo informe favorable do xefe de Servizo. A persoa funcionaria terá dereito a percibir as retribucións básicas, á reserva do posto de traballo e a que, o tempo transcorrido en tal situación, se compute para efectos de antigüidade. 2.- As licenzas dos apartado B) e C) solicitaranse por escrito en modelo oficial, co conforme do xefe do servizo ou do centro onde o traballador preste servizos. 4º.- CRÉDITOS E PERMISOS SINDICAIS 1.- Todos aqueles dereitos sindicais cuxo contido exceda dos recollidos no RDL 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o TRLET, a LO 11/1985, de 2 de agosto, de Liberdade Sindical, e Lei 7/2007, de 12 de abril, do EBEP, relativos a tempo retribuído para realizar funcións sindicais e de representación, nomeamento de delegados sindicais, así como, os relativos a dispensas totais de asistencia ó traballo e demais dereitos sindicais, axustaranse, de forma estrita, ó establecido en ditas normas. A partires da entrada en vigor de dito Real Decreto-lei deixarán de ter validez e surtir efectos, todos os pactos, acordos e convenios colectivos que nesta materia puidesen subscribirse e que excedan de dito contido. 2.- O disposto neste artigo será de aplicación o 1 de outubro de 2012. 5º.- XUBILACIÓN 1.- Con independencia da idade legal de xubilación forzosa establecida no apartado 3 do artigo 67 da Lei 7/2007, de 12 de abril do EBEP, a idade da xubilación forzosa do persoal laboral, incluído no réxime xeral da seguridade social será, en todo caso, a que prevexan as normas reguladoras de dito réxime para o acceso á pensión de xubilación na súa modalidade contributiva sen coeficiente redutor por razón da idade. 6º.- REXISTRO DE ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN 1.- A Deputación Provincial creará un Rexistro de órganos de representación do persoal funcionario e laboral. 2.- Serán obxecto de inscrición ou anotación neste Rexistro os actos adoptados que afecten ás seguintes materias: a) Creación, modificación e supresión de órganos de representación do persoal funcionario ou laboral: Xuntas de persoal, Delegados de Persoal, Comités de Empresa e Comités de Seguridade e Saúde. b) Número e identidade dos membros dos citados órganos, así como, as variacións que se produzan respecto dos mesmos. c) Creación, modificación ou supresión de seccións sindicais, así como, número e identidade dos correspondentes delegados. d) Cesións de créditos horarios legal ou convencionalmente establecidos que dean lugar á dispensa total ou parcial de asistencia ó traballo. e) Liberacións institucionais que deriven, no seu caso, do disposto en normas, pactos ou convenios e calquera outra modificación na obrigación ou no réxime de asistencia ó traballo que poida traer causa do establecido en disposicións legais e convencionais que resulten de aplicación. 3.- A xestión de dito Rexistro axustarase ó disposto na normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. 7º.- NEGOCIACIÓN COLECTIVA 1.- Garántese o cumprimento dos convenios colectivos e acordos que afecten ó persoal laboral, salvo, cando excepcionalmente e por causa grave de interese público derivada dunha alteración substancial das circunstancias económicas, os órganos de goberno da Deputación Provincial suspendan ou modifiquen o cumprimento de convenios colectivos ou acordos xa asinados, na medida estritamente necesaria, para salvagardar o interese público. Neste suposto, deberá informarse ás organizacións sindicais das causas da suspensión ou modificación. 8º.- SUSPENSIÓN DE PACTOS, ACORDOS E CONVENIOS 1.- Suspéndense e quedan sen efecto os acordos, pactos e convenios que conteñan cláusulas que se opoñan ó disposto no RD-Lei 20/2012. 2.- Garántese o cumprimento dos pactos e acordos de persoal laboral, salvo, cando excepcionalmente e por causa grave de interese público derivada dunha alteración substancial das circunstancias económicas, os órganos de goberno da Deputación Provincial suspendan ou modifiquen o cumprimento de pactos e acordos xa asinados, na medida estritamente necesaria para salvagardar o interese público. 3.- Ós efectos do previsto no apartado anterior e artigos 32 e 38.10 do EBEP entenderase que concorre causa grave de interese público derivada da alteración substancial das circunstancias económicas cando as Administracións Públicas deban adoptar medidas ou plans de axuste, de reequilibrio das contas públicas ou de carácter económico financeiro para asegurar a estabilidade orzamentaria ou a corrección do déficit público. DISPOSICIÓN TRANSITORIA 1.- Dende a entrada en vigor do Real Decreto-lei 20/2012, quedan suspendidos e sen efecto os acordos, pactos e convenios para o persoal funcionario e laboral, subscritos pola Deputación Provincial que non se axusten ó previsto nestes artigos, en particular, no relativo ó período de vacacións e días adicionais. 2.- O disposto neste acordo de adaptación non impedirá que o persoal funcionario e laboral goce os días correspondentes ó ano 2012, conforme á normativa vixente, ata a entrada en vigor do RD-lei 20/2012. 6.6265.- APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 5/2012 DO OAL MUSEO DE PONTEVEDRA: SUPLEMENTO DE CRÉDITO 2/2012 E CRÉDITO EXTRAORDINARIO 01/2012 Sr. Presidente.- Punto número seis. Aprobación da modificación de crédito 5/2012 do Organismo Autónomo Local Museo de Pontevedra. Sr. Figueroa Vila.- Podemos facer unha intervención de todos. Sr. Presidente.- Do 6, 7, 8, 9, 10, 11 e 12, ¿están de acordo?. Polo tanto, lle dou a palabra ó portavoz do Partido Popular para que explique estes expedientes. Adiante. Sr. Figueroa Vila.- O que pasa é que aquí hai varias modificacións de crédito onde varios organismos autónomos, da Deputación de Pontevedra, do organismo autónomo Escola de Canteiros son oitocentos mil euros; de Escola de Enfermería, douscentos mil euros; do Museo, cincocentos cincuenta mil; de Turismo, dous millóns trinta mil; e do ORAL, tres millóns cincuenta mil; isto son incorporacións de remanentes que suman un importe de seis millóns seiscentos trinta mil euros; e, despois, hai unha serie de suplementos, no Museo, de douscentos corenta e tres mil; e no ORAL, de oitocentos mil para diversas necesidades que se plantexan dentro da casa. Despois, hai un importante que é o da Deputación, bueno, que debido a que xa se coñecen os datos definitivos, das previsións de participación nos tributos do Estado e do fondo complementario de financiamento, que significa un importe de tres millóns seiscentos mil euros, respecto das previsións que había dentro deste sistema de financiamento de entes territoriais, a cantidade a axustar é a indicada de tres millóns seiscentos mil euros que corresponde ás previsións dos ingresos calculados cunha devolución das liquidacións negativas dos exercicios 2008 e 2009, solicitada para dez anos, é dicir, 120 mensualidades. Se a devolución non fora aceptada en dez anos e tivera que facerse en cinco exercicios, é dicir, 60 mensualidades, o axuste chegaría á cifra de oito millóns setecentos mil, pois, pendentes desta confirmación de acordo coas bases de execución do orzamento, tramita este expediente por baixas de anulación nas aplicacións orzamentarias e nos conceptos de ingresos que vou a relatar: Denominación de investimentos para concellos do Plan de Investimentos, sería menos tres millóns seiscentos mil; do Fondo complementario de financiamento, tamén, menos tres millóns seiscentos cincuenta e un mil, e despois habería, bueno, un suplemento de crédito que vén dado para afrontar tamén a subida nos tipos do IVE, nos gastos pendentes en fases autorizadas e comprometidas de, por un importe de trescentos vinte e dous mil euros. Polo tanto, hai unha necesidade, tamén, de suplementar parte dos créditos obxecto das baixas correspondentes e tamén do Plan de Investimentos 2012 e para maiores gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. E isto, pois bueno, estamos falando dunha cantidade de tres millóns catrocentos oitenta e sete mil setecentos oitenta e catro euros, aí hai unha aplicación de remanentes de tesourería aplicado para financiar este suplemento de crédito. Tamén, hai unhas baixas de crédito de transferencias para confrarías e transferencias para cooperativas e o resumo das modificacións, por capítulos, sería, de gasto de bens correntes e servizos, oitocentos setenta e seis mil euros, transferencias, investimentos reais, perdón, un millón cen mil euros; transferencias de capital, cincuenta e dous mil euros, que sumarían trescentos trinta e tres mil negativos, co cal, co suplemento de crédito de trescentos corenta e oito mil máis os trescentos oitenta e dous mil, daría unha diferenza de menos trescentos trinta e tres mil, que despois tamén se aplicaría con outra variación por capítulos deses trescentos trinta e tres mil euros. Bueno, en definitiva, é un tema engorroso, evidentemente, porque son datos, números, pero o importante de todo iso, é que nesta casa pois imos aproximadamente a facer unha amortización extraordinaria, voluntaria, de seis millóns de euros que sumada á amortización que xa temos en vigor no presuposto, de trece millóns e medio, estamos a falar de vinte millóns de euros, vinte millóns de euros que facemos de amortización, de débeda, no ano 2012, e que debido a que non tivemos incremento de débeda, pois, significa que cada día a débeda se vai minorando nesta casa, eu creo que é un exemplo, un exemplo de boa xestión, da liña que queremos seguir, nós dixemos que intentaremos no futuro seguir aplicando a redución da débeda na medida das nosas posibilidades, ata onde poidamos, e o obxectivo é que a débeda sexa cero nos próximos anos, e polo tanto, eu creo que é unha magnífica noticia que poidamos estar falando de vinte millóns de amortización extraordinaria de débeda no ano 2012, eu creo que é bo para esta casa, para ir saneando esta casa e para ir pouco a pouco marcando os criterios de austeridade, de rigor, de adelgazar a administración e por suposto tamén de reducir a débeda, que ten que ser un dos obxectivos fundamentais que temos que perseguir dentro de todas as administracións. Polo tanto, eu creo que este é o obxectivo fundamental, e dende logo, facer todo este tipo de modificacións e de suplementos de crédito que loxicamente nos vai a dar unha solvencia importante dentro da xestión económica da Deputación. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa, ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Estamos ante unha modificación, ante unha serie de modificacións de crédito extraordinariamente importantes, tanto pola contía como polo significado. O outro día viñeron a comisión, fóra da orde do día, e polo tanto, non se puido presentar ningunha emenda e hoxe presentarase, que presentaremos hoxe aquí, pero para enmarcar esta cuestión creo que non sobraría falar un pouquiño de historia, é absolutamente curioso como nesta casa o Partido Popular historicamente cando goberna, cando non goberna o PP en Madrid tiran de débeda ata a estenuación e cando goberna o Partido Popular en Madrid, resulta que o prioritario é amortizar débeda, está aí o histórico para velo e resulta que ata o ano 2005 dedicáronse a amortizar débeda, dende o ano 2005 ata o ano pasado, adicáronse a aumentar a débeda dunha maneira disparatada pero argumentando que era necesario porque era en épocas de bonanza, e o bo financiamento desta casa, pois, había que aumentar débeda dunha maneira acelerada e agora en momentos en que hai graves problemas, digamos, diminución, diminución, sexamos precisos, das transferencias do Estado e financiamento desta Deputación, pois, resulta que o gran obxectivo parece que é amortizar débeda. Ben, enmarcado isto dentro desta liña, que está aí o histórico para velo, basicamente, deste paquete de modificacións destacan dous asuntos: o primeiro, que á parte demostra a súa total incoherencia en cantidade de cousas, resulta que o Museo, Turismo Rías Baixas, Escola de Canteiros, Escola de Enfermería, ORAL, IPESPO, etc., os van a suprimir, agardo que non, que rectifiquen, pero bueno, os van a suprimir coa argumentación que era para aforrar, ou sexa, que ese organismo era como unha máquina de gastar, que hai que meter en verea e recortarlle. Ben, pois resulta, resulta que os seis millóns que van a adicar a amortizar débeda anticipada son aforros, remanentes deses organismos que non eran ningunha máquina de gastar, e parece que estaban facendo unha xestión ben aquilatada cando tiñan sobre, ou sexa, tiñan peto, ou teñen peto nestes momentos, e un peto que incluso nin se agota con iso, que facilmente estea nos dez millóns de euros, e agora lle quitan seis para amortizar débeda. É curioso, por exemplo, que unha época tan, de tanta crise, a organismos que teñen como función a dinamización económica, pois, lle quiten unhas cantidades enormes, como pode ser Turismo Rías Baixas, que lle quitan dous millóns e outras cousas, ben, isto é a primeira, a primeira consideración. E, a segunda consideración é que todos estes cartos, ou sexa, absolutamente política como consecuencia diso, é que vostedes seguen o que lle mandan de Madrid, é absolutamente política e non corresponde coas contas desta casa, ou sexa, que non corresponde en absoluto, non corresponde, ou sexa están buscando os remanentes, están quitando de promoción económica, de dinamización, de actividade económica, para darlle ós bancos, para amortizarlle ós bancos, non vaia a ser, non vaia a ser, neste caso vía devolución de créditos, bueno, pois se falamos do Goberno do estado vía axudas e demais ou todo o que é coñecido con respecto a esta política pero nun movemento deste calibre, que estamos movendo entre unha cousa e outra, se cadra 13 ou 14 millóns de euros, eu penso que non se tocou a política de persoal, pois, que digo, que o outro día o trouxeron fóra da orde do día. Mire vostede, nós presentamos aquí unha emenda …, porque o outro día foi imposible, tal como o trouxo, de que busque onde queira, onde lle dea a gana, porque aí estamos movendo trece millóns de euros, catorce, aí non se toca o capítulo de persoal, cando hai remanentes, e bastante amplos, etc., pois, poña millón e medio de euros nesta modificación para compensar vía produtividade, ou, a que, ben, se acorde ou negocie a perda de poder adquisitivo que supón a supresión da paga extra e que se suma, se suma, a toda unha serie de recortes que xa chegan ó paroxismo, esta casa está en perfectas condicións de facer iso, ten posibilidades e é unha cuestión de optar, é unha cuestión de optar, se lle compensa ós funcionarios ou buscamos máis cartos para pagarlle ós bancos, cuestión de optar, ou sexa, aquí buscaron cartos debaixo das pedras e dos organismos autónomos ou o que sexa para amortizar seis millóns de euros máis e aínda poderán buscar máis por aí, que os hai, e polo tanto, pois mire, dentro desas cifras seis, vinte millóns que van a amortizar, que non teñen por que, que esta casa non ten por que apurar a amortización, é máis, é contraproducente, porque mañá piden un crédito e vai a ser ó 6 % e agora teñen ó 1,5 ou ó 0,8, ¿que présa lle ten?. Unha, que un banco que teña prestado a esta casa o préstamo ó 0,4 ou 0,6, que debe estar o Euribor trimestral ou o que sexa, resulta que está palmando cartos, vamos a devolverllo rápido para que non palmen, home, vamos a devolverllo rápido para que non palmen, porque esa é a tradución, se esta casa, os créditos que están pedidos, se un non o dispón e o ten no banco, saca máis, ou sexa, gana, ou sexa, gana, lle está pagando o 0,4 ou 0,6 ó banco e tenos noutro banco depositados que lle está dando 2 ou 3 ou 4, é así, é así, entón hai présa para que os bancos poidan recuperar eses cartos que teñen prestados a pouco interese, ¿verdade?, e sacalos de promoción ó Turismo, do Museo ou de Escola de Enfermería ou de onde sexa, que é na base desta modificación, desta modificación de crédito, pero non hai de todas estas cifras e demais, pois, non hai, pois, creo que a paga extra aquí era un millón setecentos trinta e sete mil euros en total, pero bueno, imos a facer as cifras sobre un millón e medio e demais, e senón un millón setecentos, que podería perfectamente, para poder facelo, para poder facelo, está clarísimo cal é a política en xeral, porque me di, non é que esta casa non pode, bueno, o da paga extra hai que pechalo, digamos, non dispoñible, que xa se fixo o de non dispoñibilidade deses cartos por imperativo legal, pero hai outras vías para facelo e vostedes teñen todas as posibilidades desta casa, teno, ademais, agora non queren facer iso e a prioridade é, pois, que digo que os bancos, non vaia a ser que cando prestaron os cartos a esta casa resulta que os prestaron a un interese que naquel momento lle resultaba ben, agora non lle resulta e entón imos a correr a devolverllos, porque igual os bancos sofren, sofren e demais, esa é a orde política que teñen, esa é a política que seguen e, polo tanto, obviamente, obviamente, imos a votar en contra de todas as modificacións a menos, a menos, estaríamos dispostos incluso votarlle a favor se é que fan, aceptan esa emenda e meten un millón e medio de euros para a compensación da inxusta medida de retirarlle a paga extra ós funcionarios, ós traballadores desta casa. Agardo que teñan a suficiente sensibilidade dentro das ordes que lle dan, no concello de Pontevedra houbo parte dos seus concelleiros que foron sensibles, despois chegoulle a orde contraria, bueno, ó final tal, pero home, supoño que vostedes aquí terán máis autonomía da que tiñan os concelleiros do concello de Pontevedra, cando menos, pois, en fin, supoño que terán esa sensibilidade porque posibilidades hainas todas, legais e máis económicas, estamos falando dunha cifra pequenísima en comparación ó que se está movendo aquí, basicamente, para quitarlle os cartos ós organismos autónomos e devolverllos, ou sexa devolverlle cartos á banca, para que non sufra, porque ten os créditos aquí moi baratos, ou sexa, teñen moita máis sensibilidade vostedes coa banca, moitisima máis que cos funcionarios e cos organismos autónomos. Obviamente, xa unha cuestión dentro disto menor, pero que non vou a pasar sen dicila, que é que dentro da modificación pois a partida máis gorda, de gasto que se aumenta, e non se dixo, pois é a de chapapote, claro, iso non vaia a ser, o chapapote si que é sagrado, ou sexa, poden non cobrar os funcionarios, pode recortarlle, non mandarlle unha transferencia, un duro ós concellos, o que sexa, pero o chapapote é absolutamente sagrado e aumenta en seiscentos mil euros, xa digo, dentro de toda a modificación é menor, pero esta modificación é estrañamente política e parte das claves que acabamos de dicir. Presentamos esa emenda que queremos que se vote e o resto eu creo que o posicionamento está claro. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas grazas D. Cesáreo Mosquera, ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Bos días de novo. É, dende logo, outro dos puntos importantes, ¿non?, que vén a este Pleno, estas oito modificacións de crédito que foron incluídas fóra da orde do día da Comisión Informativa, é dicir, parece que as cousas de máis transcendencia, pois, veñen de présa e correndo, e a primeira cuestión que hai que subliñar, é que estas oito modificacións de crédito se fan a pouco máis de tres meses, ou non fai nin tres meses que aprobamos os presupostos da Deputación e tamén dos seus organismos autónomos. Polo tanto, ou moi mal se fixeron os presupostos ou algo faia aquí para vir con todas estas modificacións. É certo tamén, que o presuposto foi aprobado de forma atropellada, de présa e correndo, e agora trae como consecuencia estas cousas, oito modificacións nada menos que de crédito, pero claro, se analizamos polo miúdo, polo que se teñen que modificar, a primeira, é de que hai unha mala xestión e unha mala planificación; a segunda, é que porque hai uns recortes do Estado, do Sr. Rajoy, por iso lle dicía, señores do Partido Popular, no punto anterior, de que poderíamos falar disto, do que está a facer o goberno do Partido Popular en Madrid, é dicir, os recortes das aportacións ás entidades, a todas as entidades locais, incluída a Deputación, pero tamén pola subida de impostos que fai o PP de todo tipo, entre eles o IVE, pero, ¡que casualidade! que é unha das desculpas que vostedes poñen nesta memoria, e o IVE non chega nin ó 10% dos tres millóns e medio que se destinan a gasto corrente e a inversión. Polo tanto, este recorte da aportación do Estado, de tres millóns seiscentos cincuenta un mil euros, dende logo son esas, que non só lle reduce a esta Deputación senón a todas as entidades locais, e dende logo, un bo xestor se ve cando as cousas son difíciles de facer, hai que ver como afrontar estes recortes, como afrontar esta subida do IVE, como afrontar esta situación, e aquí, neste caso, no caso da Deputación de Pontevedra, vemos que se diminúe o Plan de Inversións, iso é emprego, ó final se modifica o presuposto para gastos correntes e ademais se esgotan os poucos remanentes que quedaban. Miren, destes tres millóns e medio de euros que vostedes modifican da Deputación, do que é da Deputación só destinan a inversión un millón seiscentos cincuenta e un mil, que é os que lle falaba anteriormente, os teremos que aprobar agora dun punto que xa aprobamos sen eles, e o resto vai destinado a gastos correntes, a gastos que non tiveron previsión neles, en gastos, pois, tales como combustible, como traballos técnicos, como publicidade e propaganda da corporación, como estudos e traballos técnicos, isto é o que poñen vostedes na memoria, para iso un millón oitocentos trinta e seis mil euros, ¡case nada!. Están recorrendo a remanentes porque tampouco poden recorrer a financiamento, o vimos na presentación dos presupostos, o vimos na presentación dos presupostos, que houbo que facer un Plan Económico Financeiro porque a Deputación non cumpre ningún dos tres parámetros, non só un senón ningún dos tres parámetros que é ter unha débeda superior ó 75%, non paga nos 45 días, paga en 71 e ten ademais unha, na estabilidade orzamentaria ten trinta millóns de euros, polo tanto, non pode acudir ós bancos a pedir cartos, ten que recorrer ós remanentes, polo tanto, con estes remanentes fan os axustes presupostarios que lles dá a gana, pasa a, publicamente un presuposto se fai de cara á galería, pero agora dous meses e medio despois o cambiamos como nos dá a gana, e ademais, casualidades, alí onde o Partido Popular non goberna piden que non se aplique o IVE e aquí pois é unha das desculpas que se pon para subir, en todo caso, en todo caso neste, hai unha cuestión que dende logo nós somos incapaces de encontrar nos expedientes e a ver se no lo aclaran, e é: ¿onde está o expediente dos seis millóns de euros para amortizar débeda?, a verdade que non, que vostedes non remitiron, mire que lle dimos voltas e non o atopamos, non o atopamos, non hai, están as transferencias, efectivamente, pero non hai un expediente que diga que eses seis millóns van a pagar débeda, que van a pagar débeda, polo tanto, se se aminora débeda é unha boa xestión. Home, con cento cincuenta e un millóns de euros e estando no 83 e no 102%, de endebedamento, xa vai sendo hora que se poñan ó día. Polo tanto, non consta nos expedientes que nós temos onde van eses seis millóns e medio de euros, non consta nos expedientes que temos, o sabemos porque vostede o dixo aquí, que van a amortizar débeda, a amortizar débeda, nós, dende logo, nos expedientes non está nin consta, e hai algunha outra cuestión nas transferencias de crédito que fan os organismos autónomos, tampouco, tampouco figura nos expedientes que foran ratificados polos propios Consellos Reitores. Entón, se é para amortizar débeda e ademais vostedes o din publicamente, ¿por que non temos o expediente?, é dicir, ¿por que?, dende logo, os doce millóns de euros que vostede fala, os trece millóns e medio de euros que vostede fala, que xa, que estaban para amortizar neste ano, dende logo, iso é unha obrigación, como calquera, ten que pagar as súas débedas, como calquera que debe unha hipoteca, pois, ten que pagar, e aquí esta Deputación non debe ser menos, ten que pagar os trece millóns e medio de euros, faltaría máis, é un préstamo, hai que devolvelo e ademais cos seus intereses. Polo tanto, lle facía referencia a algunha partida nesta modificación, se cambia un centenar de partidas e retiran das inversións 3,4 millóns de euros, repoñen un millón seiscentos mil, e, vemos aquí que ó final hai un consumo total de remanentes, unha mala previsión, no seu momento, á hora de facer os presupostos, porque cando se fala de locomoción, cando se fala de estudo e traballos técnicos, cando se fala de combustible, é unha falta de previsión absolutamente total. Nós non estamos de acordo con esta modificación de crédito, e, polo tanto, o noso grupo vaia a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor, ten a palabra o Sr. Figueroa para pechar xa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, é difícil ás veces entender os discursos, o Sr. Mosquera di todo o contrario de D. Santos Héctor, o Sr. Mosquera di que se esta casa é solvente, que se ten diñeiro, que o aplique en proxectos de inversión, que cando gobernamos en Madrid acudimos a endebedar as administracións, cando non gobernamos facemos o contrario, é dicir, pero en definitiva, á conclusión que chega o Sr. Mosquera é que hai peto, hai peto, antes non dicía que había peto, hai uns meses dicía todo o contrario, dicía que esta casa estaba na banca rota, que esta casa non sei que, e agora se demostra que hai peto, que había peto e cando hai peto na administración, pois, loxicamente, se pode intentar facer ou buscar un dos obxectivos primordiais que se buscan desas administracións, que é reducir a débeda, porque a débeda é o que está matando a este país, é o que está xerando a cantidade de desemprego que temos, xera uns intereses tremendos, eses intereses non se poden pagar, se se acude a prestamos fóra, pois, evidentemente, son imposibles de conseguir os cartos para cumprir con todos os compromisos, etc., etc., etc. E mire, nós témolo claro, témolo perfectamente claro, é dicir, os organismos autónomos, Sr. Mosquera, nós volvémosllo a repetir, se tomou unha decisión por unha cuestión administrativa, a ver se lle queda claro, eu creo que non lle quedou claro, aínda, non lle quedou claro, nadie falou de máquinas de gastar, o único que é certo que cun control administrativo máis riguroso, unha forma de traballar distinta, se poden xerar economías de escala, se pode xerar menos gasto, se pode facer un control máis riguroso, etc., etc., e ese é o paso que se dou, o que se está dando en todas as administracións, pero é que nós non pretendemos baixo ningún concepto que eses organismos autónomos ou eses servizos deixen de prestar os servizos de calidade que se estaba prestando ata agora, non vai a cambiar absolutamente nada nin no Museo, nin en Turismo Rías Baixas, nin no ORAL nin en Canteiros, se van a seguir xestionando pero, doutra maneira, porque entendemos que hai que ir evolucionando porque, ás veces, hai que cambiar estruturas porque, ás veces, hai que cambiar formas de dirixir, ás veces, hai que cambiar formas de entender o que nos piden os cidadáns e, incluso, as prioridades que pode ter cada departamento nun momento determinado, é moi difícil, claro, cando un está neste foro se fala dunha maneira, cando un está noutro foro se fala doutra maneira, vostede non sabe como critican en Vigo a inversión no Museo de Pontevedra os que están sentados aí ó seu lado, non se pode imaxinar como critican, a súa compañeira que está ó seu lado, aínda hai cinco días, pero non se pode imaxinar, ¿que?, ¿quere Museo o non Museo?, dígao vostede, sexa valente, ¿que?, ¿quere que no Museo se siga investindo ou se fixera a obra que se fixo ou que non?, dígao, pero a que está o seu lado que diga o mesmo. Eu digo o mesmo aquí que alí, o mesmo, digo que no Museo de Pontevedra hai que seguir investindo porque é importante para a provincia, é importante para o destino Rías Baixas, é importante para dar un servizo, claro que o digo, o que pasa é que hai que facer xestión, claro, porque eu me sinto implicado de proxectos importantes que se acadaron para a cidade de Vigo como o Museo do Mar ou como puido ser o Marco no seu día, que por certo, foi o mesmo que conseguiu o financiamento para o Museo de Pontevedra. Miren vostedes como é a curiosidade do tema, os que fixeron as xestións, a parte das autoridades locais correspondentes, resulta que é o mesmo, foi o que fixo as xestións naquel momento para facer unha inversión no Museo Marco de Vigo e no Museo de Pontevedra na cidade de Pontevedra, é ese o discurso que vostedes queren, ¿cál é o discurso, a ver cál é o que vale? Dígamo dunha vez porque eu non me entero, non me entero, porque, mañá, me van a dicir o contrario alí, ¿quere o Museo de Pontevedra ou non o quere?, ¿quere o campo de Pasarón ou non o quere?, porque algún o tiraría xa, pois dígano pero sexan coherentes, digan o mesmo, nós polo menos dicimos o mesmo aquí e alí, digan o mesmo. Bueno pois nesta cuestión do debate dos organismos non teña medo, Sr. Mosquera, nin intente mobilizar á xente ni manipulala nin confundila, non vai a cambiar nada, se van a xestionar mellor, se cabe, porque vai a haber unha rigurosidade na forma de facer as cousas, ¿que ata agora se fixo ben?, claro que se fixo ben, pero ¿se pode facer mellor? Si que se pode facer mellor, bueno, pois imos a intentar facelo mellor, e cando se faga mellor vamos a intentar facelo aínda mellor, bueno, pois iso é o que pretendemos dende esta casa, polo tanto, non confundan porque se equivocan, se equivocan e se confunden porque, ó final, dentro dun par de anos terá que desdicirse do que dixo aquí agora, as marcan non van a cambiar, pero é unha forma única e exclusiva de xestionar, de xestionar de que en vez dun organismo sexa un servizo dende esta administración e nós temos como obxectivo reducir a débeda, claro que o temos e imos a conseguilo, vamos a acadalo, nadie o cre, vostedes non só cren, o dixemos hai cinco meses cando foi a elaboración dos orzamentos, o obxectivo primordial desta casa é reducir a débeda ó máximo e o máximo é cero, e agora traemos un expediente onde se van a reducir seis millóns de euros de débeda e, isto, non se fai en ningunha administración, dígame vostede unha administración a nivel nacional ou galega que estea agora mesmo nunha amortización extraordinaria de débeda, bueno, pois nós entendemos que é bo para esta casa, que é bo para a administración, que é bo para o futuro, que é bo para buscar a liña que temos que buscar todos que é a do crecemento económico, porque o lóxico, claro vostedes teñen outra filosofía, nós temos a filosofía de que os pequenos empresarios as Pymes, pois, poidan xestionar e poidan ter máis posibilidades de créditos que teñen as propias administracións, ese é o obxectivo que temos que perseguir todos. Polo tanto, o importante de aquí, agora mesmo, porque vostedes se quedan nas anécdotas é que esta casa vai a amortizar dunha maneira extraordinaria seis millóns de euros de débeda máis os trece e pico que tiñamos, vinte millóns nun ano, ano 2012 ese é o resume desta cuestión, ano 2012 a Deputación de Pontevedra vai a amortizar vinte millóns de débeda e creo ese é un éxito, eu a verdade que me sinto moi satisfeito deste equipo e da dirección que marcou o Presidente e das directrices que marcou para que este obxectivo o cumpramos, e o imos a cumprir e, polo tanto, estes expedientes dos remanentes que se fixo unha boa xestión en remanentes, bueno, pois imos a aplicalo para loxicamente que esta casa sexa máis solvente cada día e que poidamos ter posibilidades de crecemento no futuro, non só nós, senón toda a provincia de Pontevedra e todos os sectores económicos que, loxicamente, poidan xerar emprego e que a economía creza que é o resultado que temos que perseguir todos como obxectivo fundamental, nós imos nesa liña, vostedes vaian na liña que consideren oportuno, se consideran que as administracións teñen que seguir endebedándose, pois, alá vostedes, xa veremos quen ó final do camiño, nós dende logo cando gobernamos os resultados están aí, están aí, a nivel económico e, sempre, que collemos o goberno temos que reflotar o que deixan os anteriores e vostedes Sr. Mosquera tamén son partícipes, ¡eh!, que votaron cinco presupostos seguidos en Madrid co Sr. Zapatero, ¡eh!, non se olviden disto, ¡eh!, non se olviden, non se escondan agora, ¡eh!, non se escondan, ¡eh!, que apoiaron os últimos cinco presupostos do goberno Zapatero, cinco seguidos, bueno, pois é igual, cinco seguidos, cinco seguidos, supoño que ¿estarían de acordo coa política económica do Sr. Zapatero?, ¿que pasa?, ¿que agora vostedes se queren desmarcar?, bueno, pois se se queren desmarcar, desmárquense pero aí está a hemeroteca. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa, ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Ben, a manobra de distracción que nos fixo aquí o Sr. Figueroa, que é moi típica del, estivo moi ben, evidentemente, comprenderá, comprenderá que o debate sobre os organismos autónomos xa se dou e xa se dará, xa se dará, a todo isto, en todo caso, recordar que non é o momento, pero xa que estamos falando disto pois podía perfectamente o Sr. Presidente non ser tan despreciativo cos patronos do Museo que quedou de recibilos en xuño, aínda hoxe, a semana seguinte, dixo a semana seguinte, a semana seguinte pero parece que esa semana prorrógase de maneira indeterminada. Pero non é o que interesa pero non imos a caer nisto. Mire, esta institución vostedes dedicáronse a endebedala dunha maneira acelerada, correcto, pararon, pero teñen a sorte, tiveron a sorte de que pillaron as débedas, os créditos nos que estaban os intereses hoxe impensables, correcto, entón con ir amortizando xa o dixen antes eu non sei cal é o interese medio desta, dos créditos vivos que debe ós bancos esta casa, pero dubido moito que pase do un por cento, dubido moito que pase do un por cento, ¿vale?. Mire, se está tan preocupado, se está tan preocupado por esas, polas Pymes e demais, oiga ¿por que non dedica eses cartos a prestarllos ás Pymes ó interese ó que ten a Deputación? Seguro que lle fan unha festa, seguro que lle fan unha festa, conseguir un crédito hoxe unha Pyme ó un ou o un e medio por cento, bueno, lle fan unha festa, lle fan aquí as maiores loas do mundo, porque primeiro non llos dan e segundo en caso de darllos ó oito, dez ou o que sexa, ¿vale?. Entón, non xoguemos con isto de que amortizar a débeda, mire, a débeda da Deputación se hai unha xestión, mire, devólvea perfectamente e os intereses neste momento son negativos na práctica, porque o que hai nas contas da Deputación rentúa máis dos intereses que hai que pagar polos créditos, e vostede sabe que isto é así, outra cousa é como se está financiando o Estado, ó 6%, ó 7% ou como corresponda, iso xa é outra cousa pero, nestes momentos, amortizar débeda nesta Deputación é unha operación ruinosa que só se xustifica porque hai interese en que a banca que ten prestado a esta casa o ten a uns intereses moi baixos e polo tanto non está gañando, está saíndo prexudicada, polo tanto, hai que devolverllos para que os preste a outro en vez de ó un como os ten prestados aquí ou ó 0,8, ó que sexa, llos preste ó 6, ó 7 ou ó 24, ou ó 24, agora, non se dedican eses cartos, como digo poden dedicarllo ás Pymes ou a outros fins que seguramente o ían a celebrar. Polo tanto, non me xogue con estes tipos de interese, de feito, esta casa está ingresando por intereses, ou sexa, o que ingresa por intereses é máis do que paga por intereses, polo tanto, por aí ningún problema, non me xogue con isto, isto vén derivado, vén derivado dun acordo que foi obxecto de debate aquí e para que vexa que o que acaba de dicir de último ten o interese que ten ou sexa ningún, máis que de coletilla e slogan que foi a reforma exprés da Constitución, no que o fundamental era pagar, non, esta casa está pagando pero o fundamental era, por riba de calquera outro interese, pagar as amortizacións e os intereses e beneficiar á banca o que fixera falta. Dixeron, daquela vendérono que era para calmar os mercados, calmáronse de coidado, ¡oh!, pois quedaron calmadisimos tan calmados que máis, é un principio ilóxico, é absolutamente desalmado e o acordo que están vostedes tomando, aquí, é coller e beneficios que está tendo esta casa, nestes momentos, nestes momentos, porque se di, é que resulta que temos euribor e se nos pasa ó 7% e é unha ruína, entón se amortiza anticipadamente, pero non é o caso, ter eses créditos é beneficioso para esta casa, clarisimamente, clarisimamente, e prefiren que os acredores, ou sexa, os bancos que teñen prestado aquí, devolverlle eses cartos para que os presten ó 6, ó 7 por cento e, polo tanto, estean gañando con eles, a que os teñan aquí prestados, e pois, cunha parte pequena, pois pagarlla, pagarlle a nómina ós funcionarios, etc., etc., etc., ou inxectalo na economía ou facer obras ou o que sexa, ou facer un Plan de Emprego Provincial o que sexa, vostede sabe perfectamente que iso é así, sábeo perfectamente que esta medida de amortización anticipada tómana única e exclusivamente, á parte do que puxeron no Plan Económico Financeiro, única e exclusivamente, polo que estamos dicindo dende estas bancadas, única e exclusivamente. Hoxe, sae que os intereses da débeda e amortización do Estado son a segunda partida máis gorda, si, claro, pero, é a do Estado que ten a débeda que ten, a ten nunha media do 4,5, do 5 ou do 6 non esta casa que a debe ter non sei se chegará ó 1. O Interventor o saberá, pero debe andar máis ou menos, non sei se é ó Euribor trimestral, o Euribor trimestral, creo que está ó 0,4 e aquí había un diferencial de 0,25 ou 0,10 ou sexa estamos pagando o 0,5 %, o 0,5 % cando eses cartos se os pon nunha conta lle están dando o 2 ou 3 ou o 4, imos a ver quen demonio fai esta operación, fana vostedes por principios ideolóxicos, porque lle mandan que hai que devolver os cartos ós bancos, sacrificando o que sexa para que os bancos poidan gañar, que con estes créditos perden, única e exclusivamente, o que están facendo, agora, ¿polo medio lévase a paga dos funcionarios?, lévase, polo medio dálles exactamente igual, dálles exactamente igual é unha auténtica barbaridade que só se pode xustificar en base a que aquilo fora iniciativa do PSOE, no seu momento, pero pactada, vostedes tomárona con entusiasmo que o fundamental aquí é quitarlle ós pobres para darlle ós banqueiros, está claro, esta é unha medida clarísima, clarísima deste tipo, enlea como queira, dende logo, non é o problema desta Deputación a débeda que ten, nas condicións que ten, máxime cando se está amortizando a bo ritmo, ou sexa, a ritmo normal, ningún problema e demais, non é ese o problema e sábeno perfectamente, sábeno perfectamente, cren que xogan a favor de corrente, ¡ui! nós amortizamos, somos uns fenómenos, amortizamos, non sei que, pero iso é unha tapadeira, ogallá o Estado puidera amortizar anticipadamente, claro, sobre todo a débeda que ten ó 7% pero non é o caso, non é o caso e vostedes sábeno, é ruinoso para esta Deputación devolvelo, ou sexa, é un bo negocio para o banco que devolvan agora os cartos que ten prestados a ese interese, ese é o problema e por iso, por iso o fan, non me veñan a vender outra cousa porque non o hai, en todo caso da modificación de todos eses, vostede quere líala dicindo que nós dixemos, no, a situación da Deputación, dixemos que como seguira medrando a débeda ía a estar apurada, non seguiu medrando, o cal, dixemos vai a estar apurada, non dixemos que estivera, dixemos que vai a estar, de feito vese, de investimentos e transferencias chegou a ter 70 millóns ó ano e este ano ó final pois teremos 22 ou 23, ou sexa, que bueno, van recortando de aí non seguiron medrando na débeda e polo tanto non había ningún interese, ninguén fixo ese discurso así catastrofista presente, en todo caso futuro, se seguían, non seguiron polo tanto. Entón, metan, por favor, creo que é moito mellor se queren dinamizar a economía ás Pymes, que lle paguen ós funcionarios moito mellor, así consumen, a Pyme que vende non sei que tal, restaurante o outro que vende regalos, ¿eh?, vai a ser moito máis eficiente para a economía que mandarlle ós bancos estes cartos para que non perdan con eles, porque é exactamente para o que é, exactamente para o que é, creo que é moito mellor, hai unha emenda, agardo que acepten, se queren dar coherencia ó discurso que di que está moi preocupado polas Pymes, non, están moi preocupados pola banca, están preocupados pola banca, aquí hai unha operación de reconversión de toda a débeda que teñen a iso, moi baixa, para poñela máis alta e vostedes con entusiasmo métense en iso. Bueno, pois ¿que quere que lle diga? A nós preocúpanos moito máis iso, pero de verdade, as Pymes, o pequeno comercio ou os traballadores, que a banca se fixo aventuras que resultaron mal, pois mire, que cada quen teña a súa responsabilidade e non agora todos e máis. Habería que votar as contas do que significan pero lle están dando ós bancos con esta amortización anticipada moitos centos miles de euros e posible millóns de euros ¿eh?, lle están dando graciablemente, lle están dando millóns de euros, posiblemente millóns, millóns de euros, lle están dando ós bancos na forma de amortizarlle créditos a moi baixo interese que é o que son os que ten esta Deputación, é unha barbaridade, non se lle enche a boca dicindo que están preocupados, bueno, se están preocupados paguen ós funcionarios, compénselle e fagan, e metan estes cartos en políticas activas de dinamizar a economía e non de salvarlle as perdas á banca, e inxectarlle cartos públicos porque realmente na práctica estanlle inxectando cartos públicos a esas institucións. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Bueno Sr. Mosquera, moitas gracias pola súa disertación. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, eu sego sen ter resposta ¿onde está o expediente onde se destinan os 6,5 millóns de euros á débeda?. Temos o expediente de onde se sacan, que son dos organismos autónomos pero non vemos por ningún lado, por ningún lado, non sei se o teñen ou é que se traspapelou ou é que se vai a facer onde di que se destinan eses seis millóns e medio a amortizar débeda, porque certamente o único que temos é que dos tres millóns seiscentos cincuenta e un mil euros que fan de crédito da propia Deputación que reiteramos se queda corto para investimentos, só destinan un millón seiscentos mil e para gastos correntes e modificacións un millón oitocentos mil, esa é a verdade desta modificación, é dicir, non temos ese outro destino, só temos a palabra de vostedes que di que vai a amortizar débeda, veremos, pode que si, pode que non, porque non hai ningún expediente que afirma ou desminta tal cousa, cando vostede fala de que somos solventes, que hai peto non se olvide de que en 31 de decembro se debían cento cincuenta e un millóns de euros a Deputación, é dicir, é que non pode seguir acudindo, si, si, mire, informes de Intervención, lle debían vostedes corenta e cinco millóns oitocentos cincuenta e seis mil ó Estado, ó Estado, informe de Intervención e lle debían ás entidades de crédito cento cinco millóns de euros, iso está así, iso suma cento cincuenta e un millóns, só faltaría que non pagara como ten que pagar calquera cidadán a súa hipoteca, o seu crédito, ten que devolver o principal e ten que pagar os intereses, polo tanto, lle reitero, eses trece millóns e medio que vostedes dicían que xa destinan a amortizar que xa foi aprobado aquí, faltaría máis, é o que hai que facer, pero reitero é que vostedes non poden acudir a préstamos porque non cumpren ningún dos tres requisitos e, ¿que fan con estas oito modificacións de crédito? , e digo deixando á marxe os seis millóns e medio de amortización de débeda que nós non sabemos se é para aí ou é para outra cousa, o descoñecemos, se nolo aclaran onde está o expediente igual avanzamos, pero o que si é certo é que se revisa nunha porcentaxe amplísima os presupostos que foron aprobados aquí hai escasamente tres meses, pero se revisa, ademais e reitero, en partidas, realmente que non sei como non se puido facer esa previsión cando se elaboraron os presupostos, combustibles e carburantes, publicidade e propaganda para Corporación, estudos e traballos técnicos e, realmente, destes tres millóns e medio que vostedes teñen que provisionar, que son o que hai que devolverlle ó Estado, o que se deixa de ingresar polo Estado, vostedes só para inversión un millóns seiscentos mil e para gastos correntes un millón oitocentos mil, esa é a realidade, esa é a realidade destas oito modificacións de crédito, onde se van a gastos correntes a maior parte destas modificacións de crédito e nós temos que dicirlle aquí e o lamentamos que isto é unha auténtica chapuza, é unha auténtica chapuza, ou foi chapuza os presupostos ou é chapuza isto ou son chapuzas as dúas porque non se pode entender que se teña que facer en tan corto espazo de tempo. E pola nosa parte nada máis, isto que está facendo é un consumo total dos remanentes e veremos como vai evolucionando a economía da Deputación pero dende logo vemos que hai moita improvisación en todo isto, ¿non?, incluso no organismo público, no ORAL, ¿non? Vostedes tiñan provisionados cincocentos mil euros para creo que era mensaxería e agora provisionan oitocentos mil máis pero, ¿quen fixo eses presupostos provisionando cincocentos mil e agora que se necesitan ós dous meses oitocentos mil máis?. A verdade que é certo que non dá moita credibilidade ó que vostedes, señores do Partido Popular, nos traen hoxe aquí. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Para rematar moi brevemente. Mire, eu creo que vostedes están descolocados, descolocados, quedan descolocados porque tiñan un discurso, pensaron que esta Deputación que ía a estar na banca rota, como dicía algún, e agora vai todo ó contrario, vai vento en popa, mire, hoxe se aproba un proxecto de dezaoito millóns de euros para os concellos sen acudir a crédito e sen ningún tipo de cuestión nin remanentes nin nada porque hai diñeiro no presuposto ordinario, se está facendo unha amortización de débeda de seis millóns de euros, é dicir, máis os trece, catorce, vinte, e que lle molesta, ¿sabe o que lle pasa?, que lle molesta que esta casa poida dicir que amortiza débeda por vinte millóns de euros, iso é o que non queren vostedes mañá ver nos medios de comunicación e iso é o importante, porque o importante dun Pleno como este é que esta casa pode dicir que ten a fortaleza económica e a solvencia económica de facer unha amortización de vinte millóns de euros e non acudir a crédito que é o importante, crédito cero, crédito cero e amortización de débeda vinte millóns, polo tanto, imos polo bo camiño, pero, a maiores, dezaoito millóns de euros para un Plan de Investimentos que tampouco están de acordo, a ver se algún día están de acordo con algo, non me estraña que así cada día teñan menos votos e menos Deputados, cada día van a menos e irán a menos porque o que queren os veciños é que lle resolvamos os seus problemas. Polo tanto, me di ¿como se incrementa o tema de correspondencia?, porque os concellos cada día piden traballar máis con esta Deputación porque é seria, é seria, o ORAL funciona perfectamente, se está intentando o tema de consorcios de bombeiros levalo a cabo con rigor e con seriedade, se está intentando facer o tema de residuos, é dicir, moitos consorcios, apoios e colaboracións entre concellos, cada día os concellos acoden máis a esta casa porque lle está resolvendo os problemas, os únicos que non se enteran son vostedes, que quedan na anécdota, na anécdota, claro así, cada día teñen menos apoios, non me estraña. Bueno, nós imos a pedir na votación que se apoien estas modificacións e o importante de todo é que esta casa vaia a poder este ano dicir que amortiza vinte millóns de euros de débeda. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Polo tanto, procedemos á votación. Hai unha emenda, ¿votamos a emenda do Sr. Mosquera?. Bueno, polo tanto, votamos a emenda que propón o Sr. Mosquera. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Procedemos á votación dos puntos números 6, 7, 8, 9, 10, 11 e 12. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Consello Reitor do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o 21 de setembro de 2012 acordou aprobar o expediente de modificación de crédito 5/2012 (suplemento de crédito 2/2012 e crédito extraordinario 01/2012), motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais). Resultando que os informes de Intervención de data 17 de setembro de 2012, reflicten que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar, como cos recursos que os financian, e ademais o expediente axústase ás disposicións da Lei de Estabilidade Orzamentaria. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do orzamento 2012 do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra, en canto á competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de crédito 5/2012 (suplemento de crédito 2/2012 e crédito extraordinario 01/2012) do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1. Aprobar o expediente de modificación de crédito 5/2012 (suplemento de crédito 2/2012 e crédito extraordinario 01/2012) do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra co seguinte detalle: SUPLEMENTO DE CRÉDITO “SUP.02/2012”: Aplicación Descrición Incremento de crédito 833.333.131.02 Produtividade extraordinaria 6.500,00 € 833.333.206.00 Equipos proceso de información 329,73 € 833.333.209.00 Cánones 568,41 € 833.333.212.00 Reparacións de edificios 39.980,00 € 833.333.213.00 Maquinaria e instalacións 68,75 € 833.333.216.00 Equipamentos procesos de información 4.141,97 € 833.333.220.00 Ordinario non inventariable 169,19 € 833.333.221.00 Enerxía eléctrica 44,63 € 833.333.221.02 Gas 80.013,97 € 833.333.221.15 Material técnico especial 7.000,00 € 833.333.221.99 Outros 649,63 € 833.333.222.00 Telefónicas 399,74 € 833.333.224.01 Primas de seguros 2.500,00 € 833.333.226.01 Atencións protocolarias 4.500,00 € 833.333.226.06 Reunións e conferencias 1.500,00 € 833.333.226.09 Actividades culturais 3.000,00 € 833.333.227.00 Limpeza e aseo 232,63 € 833.333.227.01 Seguridade 5.241,99 € 833.333.227.06 Estudos e traballos técnicos 488,34 € 833.333.227.09 Mantemento de equipos de climatización 97,22 € 833.333.227.10 Desratización 33,23 € 833.333.227.18 Cursos de formación 2.800,00 € 833.333.227.23 Mantemento de equipos informáticos 121,02 € 833.333.227.26 Mantemento de ascensores 123,81 € 833.333.230.20 Dietas do persoal 36,78 € 833.333.231.20 Do persoal 130,75 € 833.333.232.00 Sesións órganos colexiados 8.400,00 € 833.333.623.01 Adquisición de maquinaria 11.495,00 € 833.333.623.03 Melloras en construcións 375,88 € 833.333.625.01 Adquisición de mobiliario 44.722,26 € 833.333.629.02 Libros para a biblioteca 2,24 € 833.333.632.03 Melloras en construcións 2.562,13 € 833.333.635.01 Melloras de mobiliario 39,99 € TOTAL………. 228.269,29 € Aplicación Descrición Incremento de crédito 833.334.212.00 Reparacións 257,17 € 833.334.221.99 Outras subministracións 64,20 € 833.334.223.00 Transportes 949,32 € 833.334.224.01 Primas de seguros 513,58 € 833.334.226.01 Atencións protocolarias 1.963,92 € 833.334.226.02 Publicidade e propaganda 2.191,88 € 833.334.226.06 Reunións e conferencias 1.278,81 € 833.334.227.06 Estudos e traballos técnicos 8.461,37 € TOTAL……… 15.680,25 € TOTAL Programas 333 e 334: ……………………………………. 243.949,54 € O suplemento de crédito finánciase con aforro propio procedente dos exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose: Remanentes líquidos de tesourería para gastos xerais: CONCEPTO INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 870.02 Remanente de Tesourería – Aplicado para financiar Suplementos de Crédito (SUP.02/2012) 243.949,54 € TOTAL 243.949,54 € Resume das modificacións por capítulos: Capítulo 1º Gastos de persoal 6.500,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 178.252,04 € Capítulo 3º Gastos financeiros 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 0,00 € Capítulo 6º Investimentos reais 59.197,50 € Capítulo 7º Transferencias de capital 0 € Capítulo 8º Activos financeiros 0 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 0 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS 243.949,54 € CRÉDITO EXTRAORDINARIO “EXT 01/2012”: O crédito extraordinario finánciase con aforro propio procedente dos exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose: Aplicación Descrición Importe 870.01 Para gastos xerados para créditos extraordinarios (Remanente de Tesourería) 550.000,00 € Aplicación Descrición Importe 700.00 Transferencia á Admón. Xeral da entidade (Deputación) 550.000,00 € 2. O expediente de modificación de crédito 5/2012 (suplemento de crédito 2/2012 e crédito extraordinario 01/2012) do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 7.6266.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO 01/2012 DO OAL TURISMO RÍAS BAIXAS O Consello Reitor do Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas na sesión que tivo lugar o día 21 de setembro de 2012 aprobou o expediente de créditos extraordinarios 01/12 do Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas por un importe global de 2.030.875,01 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente de créditos extraordinarios 01/12 finánciase con aforro procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais). Resultando que os informes de Intervención de data 3 de setembro de 2012, reflicten que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario e cumpre co principio de estabilidade orzamentaria. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do orzamento do ano 2012 do Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de créditos extraordinarios 01/12 do Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1.- Aprobar o expediente de créditos extraordinarios 01/12 do Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas, por un importe global de 2.030.875,01 euros, de acordo co seguinte detalle: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 12/843-432-700.00 Transferencias á Deputación Provincial 2.030.875,01 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTO DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 12/843-870.01 Remanente de Tesourería – Aplicado para financiar créditos extraordinarios 2.030.875,01 € 2.- O expediente de créditos extraordinarios 01/12 do Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 8.6267.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO 01/2012 DO OAL ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA O Consello Reitor da Escola de Canteiros de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 21 de setembro de 2012 aprobou o expediente de créditos extraordinarios 01/12 da Escola de Canteiros de Pontevedra por un importe global de 800.000,00 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente de créditos extraordinarios 01/12 da Escola de Canteiros de Pontevedra finánciase con aforro procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais). Resultando que os informes de Intervención de data 3 de setembro de 2012, reflicten que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario e cumpre co principio de estabilidade orzamentaria. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do orzamento do ano 2012 da Escola de Canteiros de Pontevedra, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de créditos extraordinarios 01/12 da Escola de Canteiros de Pontevedra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1.- Aprobar o expediente de créditos extraordinarios 01/12 da Escola de Canteiros de Pontevedra, por un importe global de 800.000,00 euros, de acordo co seguinte detalle: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 12/832-323-700.00 Transferencias á Deputación Provincial 800.000,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTO DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 12/843-870.01 Remanente de Tesourería – Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios 800.000,00 € 2.- O expediente de créditos extraordinarios 01/12 da Escola de Canteiros de Pontevedra será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 9.6268.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO 01/2012 DA FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA O Consello Reitor da Escola Universitaria de Enfermería, na sesión que tivo lugar o día 21 de setembro de 2012 aprobou o expediente de créditos extraordinarios 01/12 da Escola Universitaria de Enfermería por un importe global de 800.000,00 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente de créditos extraordinarios 01/12 da Escola Universitaria de Enfermería finánciase con aforro procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais). Resultando que os informes de Intervención de data 3 de setembro de 2012, reflicten que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario e cumpre co principio de estabilidade orzamentaria. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do orzamento do ano 2012 da Escola Universitaria de Enfermería, en canto á competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de créditos extraordinarios 01/12 da Escola Universitaria de Enfermería, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1.- Aprobar o expediente de créditos extraordinarios 01/12 da Escola Universitaria de Enfermería, por un importe global de 275.000,00 euros, de acordo co seguinte detalle: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 12/831-323-700.00 Transferencias á Deputación Provincial 200.000,00 € 12/831-323-632.02 Remodelación aulas 75.000,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTO DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 12/843-870.01 Remanente de Tesourería – Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios 275.000,00 € 2.- O expediente de créditos extraordinarios 01/12 da Escola Universitaria de Enfermería será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 10.6269.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO 4/2012 DO ORAL O Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 21 de setembro de 2012 acordou aprobar o expediente de suplementos de créditos número 4/2012 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) por un importe global de 800.500,00 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente finánciase con aforro procedente do remanente líquido de tesourería do exercicio de 2011. Resultando que os informes de Intervención de data 19 de setembro de 2012, reflicten que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do orzamento 2012 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de suplementos de créditos número 4/2012 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1. Aprobar o expediente de suplementos de créditos número 4/2012 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) por un importe global de 800.500,00 euros, co seguinte detalle: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 893.932.22100 Enerxía Eléctrica 10.000,00 € 893.932.22200 Servizo de Telecomunicacións 10.000,00 € 893.932.22201 Comunicacións Postais 550.000,00 € 893.932.22502 Tributos Locais 2.500,00 € 893.932.22602 Publicidade e Propaganda 3.000,00 € 893.932.22723 Mantemento Programas Informáticos 125.000,00 € 893.932.31000 Intereses conta operación de tesourería 100.000,00 € Total suplementos de crédito... 800.500,00 € Este expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTO DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 932.870.01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar suplementos de crédito. 800.500,00 € Resumo das modificacións por capítulos: Capítulo 1º Gastos de persoal 0,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 700.500,00 € Capítulo 3º Gastos financeiros 100.000,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 0,00 € Capítulo 6º Investimentos reais 0,00 € Capítulo 7º Transferencias de capital 0,00 € Capítulo 8º Activos financeiros 0,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 0,00 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS 800.500,00 € 2. O expediente de suplementos de créditos número 4/2012 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 11.6270.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS 5/2012 DO ORAL O Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 21 de setembro de 2012 acordou aprobar o expediente de créditos extraordinarios número 5/2012 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) por un importe global de 3.050.000,00 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente finánciase con aforro procedente do remanente líquido de tesourería do exercicio de 2011. Resultando que os informes de Intervención de data 17 de setembro de 2012, reflicten que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do orzamento 2012 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de créditos extraordinario número 5/2012 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1.- Aprobar o expediente de créditos extraordinarios número 5/2012 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) por un importe global de 3.050.000,00 euros, co seguinte detalle: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 12/893.932.70000 Transferencias á Deputación Provincial 3.050.000,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTO DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 12/893-87001 Remanente de Tesourería – Aplicado para financiar créditos extraordinarios 3.050.000,00 € 2.- O expediente de créditos extraordinarios número 5/2012 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 12.6271.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 2/2012 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 19 de setembro de 2012, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/2012 (que integra o expediente de suplemento de crédito “SUP.02/12” e o expediente de baixas por anulación “BA.01/12”), dentro do vixente orzamento provincial, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que os informes de Intervención de data 19 de setembro de 2012, reflicten que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente axústase ás disposicións da Lei de Estabilidade Orzamentaria. Considerando o disposto no artigo 179 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do orzamento 2012, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/2012 da Deputación de Pontevedra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1.- Aprobar o expediente de modificación de créditos número 2/2012 da Deputación de Pontevedra, co seguinte detalle: 1) Baixas por Anulación “BA. 01/12”: A tramitación deste expediente de Baixas é como consecuencia da minoración das entregas a conta correspondentes á participación nos tributos do Estado e do Fondo complementario de financiamento por importe de 3.651.182,83€, respecto das previsións orzamentarias calculadas para o vixente orzamento de acordo co documento “Sección: 36 SISTEMAS DE FINANCIACIÓN DE ENTES TERRITORIAIS, Programa: 942M, Transferencias a Entidades locais por participación ingresos do Estado”, que cuantificaba unha caída do 2,5% respecto do exercicio 2011, axustándose a baixa, ás previsións nos importes correspondentes a devolucións das liquidacións negativas dos exercicios 2008 e 2009, a realizar en 10 anos. A cantidade a axustar indicada de 3.651.182,83€, corresponde ás previsións de ingresos calculadas cunha devolución das liquidacións negativas dos exercicios 2008 e 2009, solicitada para 10 anos (120 mensualidades). Se a devolución non fora aceptada en 10 anos e tivera que facerse en 5 exercicios (60 mensualidades), o axuste chegaría á cifra de 8.713.343,04€. Pendentes desta confirmación, de acordo coa “Disposición transitoria I” das bases de execución do orzamento vixente, tramitase este expediente de ·”Baixas por anulación” nas aplicacións orzamentarias e nos conceptos de ingresos que se sinalan: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 942,942,652,45 INVESTIMENTOS PARA CONCELLOS -PLAN INVESTIMENTOS 2012 (créditos declarados non dispoñibles correspondentes a menor apartación na participación dos "tributos do Estado" (entregas a conta no exercicio) -3.651.182,83 € Total Baixas por Anulación de Créditos... -3.651.182,83 € Baixas nos conceptos de ingresos correspondentes: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 934-420,10 FONDO COMPLEMENTARIO DE FINANCIACIÓN -3.651.182,83 € 2) Suplementos de Crédito “SUP. 02/12”: A tramitación deste expediente de suplementos de crédito vén motivado polas seguintes causas: para afrontar a subida nos tipos do IVE nos gastos pendentes nas fase de Autorizado “A”, e comprometidos “D”, por importe de 332.015,05€; pola necesidade de suplementar parte dos créditos obxecto de baixas correspondentes ó Plan de investimentos 2012; e para maiores gastos que non poden demorarse ata o próximo exercicio. O detalle do expediente é o seguinte: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 232.230.226.99 GASTOS DIVERSOS (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 77,63 € 232.230.227.07 TRABALLOS REALIZADOS POR O. EMPRESAS - PROXECTOS DE PROMOCIÓN SOCIAL (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 26.623,22 € 232.232.221.03 SUBMINISTROS DE PRODUTOS ALIMENTICIOS (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 326,99 € 232.232.221.05 SUBMINISTROS DE COMBUSTIBLES E CARBURANTES (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 3.686,55 € 232.232.221.41 VESTIARIOS INTERNOS (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 110,68 € 232.232.227.00 LIMPEZA E ASEO (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 4.287,22 € 232.232.227.01 SEGURIDADE (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 598,08 € 232.232.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 64,44 € 232.232.227.11 RECOLLIDA DE LIXO (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 190,82 € 232.232.227.99 TRABALLOS REALIZADOS POR O. EMPRESAS - VARIOS (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 940,09 € 232.232.231.20 LOCOMOCIÓN (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 15,61 € 232.232.623.01 MAQUINARIA – COMPRA. (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 164,25 € 232.232.632.03 INVESTIMENTOS DE REPOSICIÓN EN EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 180,00 € 232.233.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS- AQUELANDO (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 3.083,92 € 232.241.203.00 ARRENDAMENTO DE MAQUINARIA, INST. E UTILLAXE (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 116,90 € 232.241.227.18 CURSOS DE FORMACIÓN (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 819,66 € 232.242.231.20 LOCOMOCIÓN - AQUELANDO 3 (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 14,49 € 232.337.221.05 PRODUTOS ALIMENTICIOS - CAMPAMENTOS LANZADA (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 729,21 € 232.337.227.20 CONVENIOS ASISTENCIAIS - C. LANZADA (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 292,15 € 232.337.227.99 TRABALLOS R. POR OUTRAS EMPRESAS - C. LANZADA (CENTRO PRÍNCIPE FELIPE) 48,31 € 330.334.226.09 GASTOS EN ACTIVIDADES CULTURAIS (CULTURA) 5.233,98 € 330.334.227.25 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS - ACTIVIDADES CULTURALES (CULTURA) 3.160,91 € 332.330.231.20 LOCOMOCIÓN (ARQUIVOS) 207,77 € 332.332.213.00 REPARACIÓN DE MAQUINARIA, INSTAL. E UTILLAXE (ARQUIVOS) 453,68 € 332.332.226.06 GASTOS DE REUNIÓNS E CONFERENCIAS (ARQUIVOS) 16,53 € 332.332.227.00 LIMPEZA E ASEO (ARQUIVOS) 237,31 € 332.332.227.10 DESRATIZACIÓN E DESINSECTACIÓN (ARQUIVOS) 438,57 € 332.332.227.15 SERVIZOS DE PUBLICACIÓNS (ARQUIVOS) 1.214,21 € 340.341.226.09 GASTOS EN ACTIVIDADES DEPORTIVAS E XUVENÍS (DEPORTES) 18,58 € 340.341.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (DEPORTES) 1.647,56 € 340.342.658.02 INVESTIMENTOS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS PARA INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO (DEPORTES) 5.999,58 € 410.172.652.02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS EN CONVENIO CON CONCELLOS - MEDIO AMBIENTE 6.962,12 € 410.179.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS - PROX. VILLAS DO VIÑO (MEDIO AMBIENTE) 1.484,17 € 410.179.231.20 LOCOMOCIÓN - PROX. VILLAS DO VIÑO (MEDIO AMBIENTE) 19,32 € 410.410.214.00 REPARACIÓNS, M. E CONSERVACIÓN MATERIAL DE TRANSPORTE (MEDIO AMBIENTE) 1,14 € 410.410.231.20 LOCOMOCIÓN (MEDIO AMBIENTE) 53,72 € 411.412.212.00 REPARACIÓNS, M. E CONSERVACIÓN EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (MOURISCADE) 13,74 € 411.412.213.00 REPARACIÓNS, M. E CONSERVACIÓN MAQUINARIA INST. E UTILLAXE (MOURISCADE) 15,20 € 411.412.221.03 SUBMINISTRO DE COMBUSTIBLES E CARBURANTES (MOURISCADE) 57,19 € 411.412.221.06 SUBMINISTRO DE PRODUTOS FARMACEUTICOS (MOURISCADE) 2.921,91 € 411.412.221.36 SUBMINISTRO PARA PROXECTOS (MOURISCADE) 158,89 € 411.412.227.00 LIMPEZA E ASEO (MOURISCADE) 144,71 € 411.412.227.99 OUTROS SERVIZOS (MOURISCADE) 419,17 € 411.412.230.20 AXUDAS DE CUSTO (MOURISCADE) 25,11 € 411.412.231.20 LOCOMOCIÓN (MOURISCADE) 13,53 € 411.412.623.02 INSTALACIÓNS TÉCNICAS (MOURISCADE) 23,48 € 413.413.221.02 SUBMINISTRO DE GAS LABORATORIO (AREEIRO) 11,72 € 413.413.221.03 SUBMINISTROS DE COMBUSTIBLES E CARBURANTES (AREEIRO) 183,05 € 413.413.227.00 LIMPEZA E ASEO (AREEIRO) 196,66 € 413.413.227.99 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS -OUTROS (AREEIRO) 397,78 € 413.413.231.20 LOCOMOCIÓN (AREEIRO) 32,16 € 433.431.226.40 GASTOS DE REUNIÓNS E PROMOCIÓN - COMERCIO (TURISMO) 546,02 € 433.431.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS - COMERCIO (TURISMO) 2.923,73 € 433.431.625.01 MOBILIARIO E ENSERES - COMERCIO (TURISMO) 1.194,92 € 433.431.626.01 EQUIPOS PARA PROCESO DE INFORMACIÓN - COMERCIO (TURISMO) 797,34 € 433.431.629.01 MENAXE, UTILES E FERRAMENTAS - COMERCIO (TURISMO) 165,97 € 433.433.227.06 GASTOS DE REUNIÓNS E PROMOCIÓN - COMERCIO (TURISMO) 1,42 € 433.433.231.20 GASTOS DE REUNIÓNS E PROMOCIÓN - COMERCIO (TURISMO) 5,80 € 433.439.231.20 GASTOS DE REUNIÓNS E PROMOCIÓN - COMERCIO (TURISMO) 49,66 € 456.450.230.20 AXUDAS DE CUSTO (INFRAESTRUTURAS) 381,09 € 456.450.231.20 LOCOMOCIÓN (INFRAESTRUTURAS) 77,77 € 456.453.210.00 R. E CONSERVACIÓN DE INFR. E BENS NATURAIS (REDE PROVINCIAL) (INFRAESTRUTURAS) 37.191,87 € 456.453.210.01 R. E CONSERVACIÓN DE INFR. E BENS NATURAIS (REDE MUNICIPAL) (INFRAESTRUTURAS) 636,60 € 456.453.213.00 REPARACIÓN M. CONSERVACIÓN MAQUINARIA INST. E UTILLAXE (INFRAESTRUTURAS) 329,24 € 456.453.214.00 REPARACIÓN M. CONSERVACIÓN MATERIAL DE TRANSPORTE (INFRAESTRUTURAS) 448,49 € 456.453.221.03 COMBUSTIBLES E CARBURANTES (INFRAESTRUTURAS) 3.948,07 € 456.453.221.04 VESTIARIO (INFRAESTRUTURAS) 133,47 € 456.453.227.00 LIMPEZA E ASEO (INFRAESTRUTURAS) 34,74 € 456.453.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (INFRAESTRUTURAS) 46,20 € 456.453.612.02 ESTRADAS, EXPROPIACIÓNS, PROXECTOS E OUTRAS OBRAS. (INFRAESTRUTURAS) 109.060,85 € 456.453.634.01 ELEMENTOS DE TRANSPORTES - REPOSICIÓN (INFRAESTRUTURAS) 9,26 € 457.333.622.01 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (INFRAESTRUTURAS) 7.662,32 € 457.333.625.01 MOBILIARIO E ENSERES (INFRAESTRUTURAS) 15.381,36 € 457.450.230.20 AXUDAS DE CUSTO (INFRAESTRUTURAS) 11,48 € 457.450.231.20 LOCOMOCIÓN (INFRAESTRUTURAS) 17,39 € 457.450.629.03 MENAXE, UTILES E FERRAMENTAS - COMERCIO (INFRAESTRUTURAS) 232,35 € 900.912.226.01 ATENCIÓNS PROTOCOLARIAS E REPRESENTATIVAS (CORPORACIÓN) 489,41 € 900.912.226.02 PUBLICIDADE E PROPAGANDA (CORPORACIÓN) 10.098,19 € 900.912.226.20 GASTOS DE PROMOCIÓN (CORPORACIÓN) 12.898,42 € 900.912.227.99 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS (CORPORACIÓN) 862,78 € 900.912.230.00 AXUDAS DE CUSTO (CORPORACIÓN) 23,53 € 912.912.230.20 AXUDAS DE CUSTO (GABINETE PRESIDENCIA) 5,23 € 912.912.231.20 LOCOMOCIÓN (GABINETE PRESIDENCIA) 98,32 € 920.920.202.00 ARRENDAMENTO DE EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUC. (SERVIZO CENTRAL) 2,12 € 920.920.213.00 REPARAC. MANTE. E CONSERVACIÓN DE MAQUINARIA INST. UTILLAXE (SERVIZO CENTRAL) 75,29 € 920.920.221.03 COMBUSTIBLES E CARBURANTES (SERVIZO CENTRAL) 4,18 € 920.920.221.04 VESTIARIO (SERVIZO CENTRAL) 0,33 € 920.920.221.10 PRODUTOS DE LIMPEZ E ASEO (SERVIZO CENTRAL) 277,12 € 920.920.227.00 LIMPEZA E ASEO (SERVIZO CENTRAL) 1.712,49 € 921.920.230.03 AXUDAS DE CUSTO - CURSO INAP (RECURSOS HUMANOS) 5,08 € 921.920.231.03 LOCOMOCIÓN - CURSO INAP (RECURSOS HUMANOS) 7,63 € 922.342.652.00 INVESTIMENTOS XEST. PARA CONCELLOS, INST. DEPORTIVAS (CONTRATACIÓN) 8.668,24 € 922.342.658.00 INVESTIMENTOS XEST. PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (CONTRATACIÓN) 724,29 € 922.920.220.00 MATERIAL DE OFICINA, ORDINARIO NON INVENTARIABLE (CONTRATACIÓN) 1.101,11 € 922.920.220.01 MATERIAL DE OFICINA, PRENSA, LIBROS E REVISTAS (CONTRATACIÓN) 303,69 € 922.920.226.03 PUBLICACIÓNS EN DIARIOS OFICIAIS (CONTRATACIÓN) 7,44 € 922.933.224.01 SEGUROS DE EDIFICIOS, LOCAIS E RESPONSABILIDADE (CONTRATACIÓN) 1.579,80 € 923.923.226.06 REUNIÓNS, CURSOS E CONFERENCIAS (S. ASISTENCIA INTERMUNICIPAL) 182,29 € 923.923.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (S. ASISTENCIA INTERMUNICIPAL) 81,36 € 924.336.622.03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUC. - SOUTOMAIOR (COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL) 538,71 € 924.924.221.03 COMBUSTIBLES E CARBURANTES (COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL) 137,29 € 924.924.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL) 1.525,42 € 925.920.202.00 ARRENDAMENTO DE EDIFICIOS E OUTRAS CONST. (SEDE DE VIGO) 112,50 € 925.920.221.03 COMBUSTIBLES E CARBURANTES (SEDE DE VIGO) 24,92 € 925.920.227.00 LIMPEZA E ASEO (SEDE DE VIGO) 229,34 € 925.920.227.07 CONTRATOS DE ACTIVIDADES (SEDE DE VIGO) 173,47 € 925.920.227.09 CONTRATOS DE MANTEMENTO (SEDE DE VIGO) 21,85 € 925.920.231.20 LOCOMOCIÓN (SEDE DE VIGO) 15,70 € 926.462.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS, DEPO_GAP (TIC) 1.067,80 € 926.462.231.20 LOCOMOCIÓN, DEPO_GAP (TIC) 12,08 € 926.462.652.02 INVESTIMENTOS XESTIONDOS -DEPO_GAP (TIC) 17.041,40 € 926.926.206.00 ARRENDAMENTO DE EQUIPOS PARA PROCESO DE INFORMACIÓN (TIC) 881,27 € 926.926.221.12 SUBMINISTRO DE MATERIAL ELÉCTRICO, ELECTRON. E DE TELECOMUNICACIÓN (TIC) 476,69 € 926.926.222.00 SERVIZOS DE TELECOMUNICACIÓNS (TIC) 5.778,40 € 926.926.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (TIC) 553,58 € 926.926.227.23 MANTEMENTO DE EQUIPOS (TIC) 857,58 € 926.926.626.01 EQUIPOS PARA PROCESO DE INFORMACIÓN - (TIC) 1.401,06 € 926.926.641.00 ADQUISICIÓN DE APLICACIÓNS INFORMÁTI--CAS - (TIC) 1.648,31 € 927.920.231.20 LOCOMOCIÓN (ASESORÍA XURÍDICA) 17,05 € 927.920.270.00 GASTOS IMPREVISTOS DERIVADOS DE ACCIÓN XURIDICAS (ASESORÍA XURÍDICA) 31,50 € 929.920.227.03 ASISTENCIA MÉDICA EXTERNA (PREVENCIÓN DE RISCOS) 1.005,17 € 929.920.231.20 LOCOMOCIÓN (PREVENCIÓN DE RISCOS) 6,15 € 931.931.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (INTERVENCIÓN) 14.520,00 € 942.430.203.00 ARRENDAMENTO DE M. INST. E UTILLAXE - POUSADAS (COOPERACIÓN) 13,76 € 942.430.221.11 REPOSTOS MAQUINARIA INST. UTILLAXE - POUSADAS (COOPERACIÓN) 35,09 € 942.430.227.99 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS OUTROS - POUSADAS (COOPERACIÓN) 1.039,43 € 942.430.629.01 ÚTILES, FERRAMENTAS E EQUIPAMENTOS - POUSADAS (COOPERACIÓN) 185,44 € 942.942.227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (COOPERACIÓN) 882,64 € 942.942.230.20 DIETAS (COOPERACIÓN) 11,41 € 942.942.231.20 LOCOMOCIÓN (COOPERACIÓN) 33,76 € 942.942.652.09 INVESTIMENTOS PARA CONCELLOS EN COOPERACIÓN (COOPERACIÓN) 1.626,86 € 232.232.632.03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS- MELLORAS (CUBERTA PAVILLÓN C. PRÍNCIPE FELIPE) 242.423,24 € 330.334.226.09 GASTOS EN ACTIVIDADES CULTURAIS (PLAN CULTURAL 2012) 100.000,00 € 330.334.658.02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO - melloras de infraestruturas culturais 100.000,00 € 410.415.658.07 INVESTIMENTOS XESTINADOS EN PESCA, CON CONFRARIAS (Convenio coa confraría do Grove, para reforma e mellora do local social, "50,000€ financiados con baixas da aplicación 12/410.415.789.02; e 120.000€ financiados con baixas da aplicación 12/410.412.789.00)” 170.000,00 € 413.413.214.00 REPARACIÓN, M. CONSERVACIÓN MATERIAL DE TRANSPORTE (AREEIRO) 3.000,00 € 456.453.210.01 REPARACIÓN E CONSERVACIÓN DE INFRAESTRUTURAS E BENS NATURAIS (LOTES) 600.000,00 € 942.942.652.09 INVESTIMENTOS EN COOPERACIÓN CON ENTIDADES LOCALES (Convenio con Ponteareas para melloras na ponte de Ribadas en Celeiro) 150.000,00 € 924.336.221.00 ENERXÍA ELÉCTRICA (CASTELO SOUTOMAIOR) 6.892,56 € 942.942.762.00 TRANSFERENCIAS A CONCELLOS PARA INVESTIMENTOS (Convenio co Concello de Pontevedra para "acondicionamento exterior do terreo de xogo do campo de Fútbol- rugby de Monteporreiro) 117.751,00 € 942.942.652.45 INVESTIMENTOS PARA CONCELLOS -PLAN INVESTIMENTOS 2012 (suplemento para compensar parte dos créditos declarados non dispoñibles correspondentes a menor achega na participación nos "tributos do Estado" (entregas a conta no exercicio) 1.651.182,83 € Total suplementos de créditos... 3.487.784,68 € Financiamento do expediente de Suplemento de Créditos 02/2012: O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), e con baixas de créditos na aplicación 12/410.415.789.02 por importe de 50.000,00€ para destinalos a un convenio coa Confraría de pescadores do Grove para reforma e melloras da súa sede social. Contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870.02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito (SUP. 02/12)… 3.437.784,68 € TOTAL... 3.437.784,68 € Baixas de créditos: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 410.415.789.02 TRANSFERENCIAS PARA CONFRARIAS E OUTRAS (Créditos destinados ó convenio coa Confraría de pescadores do Grove, para reforma e mellora do local social, aplicación 12/410.415.658.07) -50.000,00 € 410.415.789.02 TRANSFERENCIAS PARA COOPERATIVAS (Créditos destinados ó convenio coa Confraría de pescadores do Grove, para reforma e mellora do local social, aplicación 12/410.415.658.07) -120.000,00 € Total baixas por anulación de créditos... -170.000,00 € Resume das modificacións por capítulos: Capítulo 1º Gastos de persoal........................................ 0,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos…… 876.759,50 € Capítulo 3º Gastos financeiros...................................... 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes............................ 0,00 € Capítulo 6º Investimentos reais..................................... -1.157.908,65 € Capítulo 7º Transferencias de capital............................ -52.249,00 € Capítulo 8º Activos financeiros...................................... 0,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros..................................... 0,00 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS... -333.398,15 € TOTAL SUPLEMENTOS... 3.487.784,68 € TOTAL BAIXAS POR ANULACIÓN… 3.821.182,83 € SUMA... -333.398,15€ 2.- O expediente de modificación de créditos número 2/2012 da Deputación de Pontevedra será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 13.6272.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) SOBRE O ACORDO PESQUEIRO ACADADO POLA COMISIÓN EUROPEA E MAURITANIA Sr. Presidente.- Punto número trece. Moción do Grupo Provincial Socialista sobre o acordo pesqueiro acadado pola Comisión Europea e Mauritania. Ten a palabra D. Francisco Veiga. Sr. Veiga Soto.- Sr. Presidente, moitas gracias. Moi bos días e, neste punto, quería sinalar que presentamos unha emenda de substitución para adaptar esta moción a unha moción conxunta acordada polos tres grupos que, deste modo, podamos ter unha notoriedade maior para un problema que afecta a unha parte importante da nosa provincia, en concreto, da comarca do Morrazo. Sr. Presidente.- Moi ben, pois Dona María Ramallo. Sra. Ramallo Vázquez.- Buenos días, gracias Presidente. Yo quiero agradecer que por parte, en este caso, del grupo proponente el PSdeG-PSOE se tenga en cuenta la posibilidad de un acuerdo unánime referente a este tema, ya no sólo porque es importante un acuerdo unánime de esta corporación provincial sino, tal y como ha venido sucediendo, tanto en el Parlamento de Galicia como en los distintos plenos de los concellos de Moaña, Cangas, Marín que han debatido este tema. Efectivamente, bueno, pues el nuevo acuerdo con Mauritania, pues, está basado, un poco, los antecedentes a los que nos podemos anticipar en un protocolo que se firmó entre la Unión Europea con este Estado, con el Estado Mauritano el pasado 26 de junio, a raíz de ahí entre los principales puntos que nos obligaba este acuerdo es la existencia, por un período de dos años, de una contrapartida financiera que quedaba fijada en sesenta y siete millones de euros anuales a los que había que añadir tres millones más en concepto de apoyo sectorial, en este mismo sentido, se mantenían las condiciones impuestas por el Estado Mauritano sobre el 60% de los marineros mauritanos a bordo y las obligas de desembarque y subministro de gasóleo, por lo tanto, este fue el principal problema que se encontró con ya varias rondas de negociación iniciadas, llevamos ya siete y el principal problema reside que un total de 24 buques cefalopoderos españoles, muchos de ellos, la gran mayoría, vinculados a nuestra comarca, la comarca del Morrazo y que, aún teniendo en cuenta, que tienen algunos de ellos base en otras comunidades autónomas, algunos de ellos tienen base, también, en el puerto de Marín, por lo tanto, la negativa total de todos los organismos institucionales españoles al más alto nivel, Ministerio, Xunta de Galicia y, en este caso, todos los ayuntamientos están en contra de la negativa y de lo que acarrea este acuerdo con Mauritania que releva a nuestra flota a no contemplar ninguna posibilidad de pesca de cefalópodos en este caladero tal y como se venía realizando. Por lo tanto, yo creo que es importante el manifestar, hoy aquí, el rechazo de la corporación provincial este a este acuerdo y, sobre todo, a insistir y a instar como un poco hemos llegado al consenso entre todos los grupos de seguir insistiendo en una nueva negociación, en que este acuerdo se paralice en las instancias de la Unión Europea que todavía corresponde y, ahí, las expectativas que se presentan son positivas, pero sobre todo, también, tener en cuenta pues las ayudas que hay que gestionar para armadores y marineros que, en este caso, pues se han ido dando pasos, efectivamente, es probable que non en todos los pasos englobe el 100% de las pretensiones iniciales y por eso insistir en que creo que es nuevo seguir trabajando en este tema. Por parte del Ministerio, y hace dos días, pues ya comunicó que se destinan 8,1 millones de euros que no es una cifra nada desdeñable para ayudas a tripulantes y armadores afectados por la situación de este acuerdo pesquero entre la Unión Europea y Mauritania y yo creo que tenemos que plasmar en estos acuerdos el seguir reivindicando la posibilidad, sobre todo, que se produce a muchas familias a un entorno como es el entorno de la comarca del Morrazo y en concreto Marín, donde la mayoría de los barcos están amarrados produciéndose el correspondiente, también, quebranto económico para muchas de las empresas auxiliares que viven, permanentemente, del apoyo que se genera a estos barcos. Por lo tanto, yo agradecer en nombre de mi grupo, tanto en este caso al Partido Socialista como al Bloque Nacionalista Galego la posibilidad de llegar a un acuerdo porque creo que el acuerdo unánime de esta corporación provincial es importante para la causa que, en principio, todos defendemos, gracias. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Polo tanto, como hai ese acordo, trasladaremos ese acordo unánime dos tres grupos políticos que forman a corporación provincial, sobre este tema, que entendemos como importante, que afecta a unha parte importante da flota da provincia de Pontevedra, tanto armadores como mariñeiros. Non fai falta votar porque está consensuado, polo tanto, trasladamos o texto do acordo e incorporamos aquí o mesmo. Como consecuencia de previo acordo unánime dos grupos políticos provinciais (PP, PSdeG-PSOE e BNG), o Pleno acorda, por unanimidade, aprobar a seguinte Moción conxunta dos tres grupos políticos provinciais en relación co acordo pesqueiro acadado pola Comisión Europea e Mauritania. Dita Moción é como segue: “O recente acordo pesqueiro acadado pola Comisión Europea e Mauritania rexistra unha serie de medidas que prexudican directamente á flota galega. En concreto prohibe a pesca de cefalópados, limita a pesca da pescada e marisco e obriga ó embarque de ata o sesenta por cento dos mariñeiros de Mauritania, ademais de aumentar o custe das licenzas. Ata agora un número de sesenta buques arrastreiros españois, entre cefalopodeiros e marisqueiros, viñan traballando neste caladoiro ó amparo do antigo acordo. Tras sete roldas negociadoras da Comisión Europea e o país africano, o acordo acadado supón o amarre da totalidade dos buques galegos adicados na súa totalidade á pesca de cefalópodos. Polo anteriormente exposto presentamos para o seu debate e posterior votación polo Pleno a adopción dos seguintes: ACORDOS PRIMEIRO.- Demandar do Goberno do Estado que: a. Continúe coa solicitude, diante da Comisión Europea, do Consello de Ministros da UE e do Parlamento Europeo, de revisión do protocolo, xunto a Mauritania, para que se inclúa a posibilidade de pesca de cefalópodos. b. Continúe coa solicitude á Comisión Europea para o artellamento de medidas económicas especiais para esta flota, en tanto, non se lle outorga unha posibilidade de actividade. c. Elabore, a través dos organismos científicos mariños acreditados, os informes biolóxicos nos que se reflicta o estado real do caladoiro no tinxinte a estas especies de cara á súa utilización por parte da UE. SEGUNDO. Demandar ó Ministerio de Alimentación, Agricultura e Medio Ambiente e á Xunta de Galicia a resolución inmediata das axudas e que as axudas sexan da mesma contía para todos os mariñeiros que estiveran embarcados dende principios de ano nalgún buque da flota afectada. TERCEIRO. Recabar o apoio de todas as deputadas e deputados electos pola circunscrición española no Parlamento europeo, de cara a pedirlles a non prestación do apoio ó protocolo de acordo da Unión Europea e Mauritania.” 14.6273.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) SOBRE AS MEDIDAS DE RECORTE DO GOBERNO CENTRAL ONDE SE PRETENDE SUPRIMIR AS ENTIDADES LOCAIS MENORES Sr. Presidente.- Punto número catorce. Moción do Grupo Provincial Socialista sobre as medidas de recorte do goberno central onde se pretende suprimir as Entidades Locais Menores. D. Juan Antonio. Sr. González Pérez.- Bueno, bos días a todos e a todas, como ben dixo o Presidente a moción o que di é rexeitar estas medidas de recorte do goberno central onde se pretende suprimir as entidades locais menores. Para ser conciso e ir directamente o grano, preguntarse por que no Pleno da Deputación de Pontevedra temos, ou creo que debemos tomar unha postura ó respecto, pois bueno, parécenos moi claro porque na Comunidade Autónoma de Galicia só hai nove entidades locais menores e delas 8 corresponden á provincia de Pontevedra, Arcos da Condesa en Caldas de Reis, Bembrive en Vigo, Camposancos na Guarda, Chenlo en Porriño, Morgadáns en Gondomar, Pazos de Reis en Tui e Queimadelos e Vilasobroso en Mondariz, o labor das Entidades Locais Menores complementa dende hai anos o que se fai dende os concellos e que todos e cada un dos que aquí estamos presentes loubamos e defendemos, sempre que podemos, que é esa cercanía ós cidadáns, dende a entidade local menor deféndese ós veciños e veciñas dende o absoluto e total coñecemento dos seus problemas, ás veces, case que persoais, e a supresión destas vai supor un varapalo, un novo varapalo para moitas persoas que con isto van a sentirse máis desprotexidas pola Administración e ó final, tamén, polos seus dirixentes. Polo tanto, a moción que presentamos dende o Grupo Provincial do Partido Socialista é clara e sinxela de entender, pedímoslle ó Goberno do Estado, pedímoslle ó goberno do Partido Popular o rexeitamento da proposta de supresión das entidades locais menores, porque no informe sobre o anteproxecto de lei de racionalización e sostibilidade da organización local contémplanse novas medidas de recorte e unha delas é esta. Ademais, a maioría destas entidades non se atopan endebedadas senón, todo o contrario, polo que está medida, tamén, ten un nulo efecto na posible contención do gasto público, eu creo que baixo esa escusa de aforro económico, que non existe, o que se pretende é recortar un modo, un instrumento de participación cidadá e vulnerar, tamén, a autonomía local. Neste salón de plenos hai alcaldes e concelleiros nos que no seu territorio enclávanse entidades locais menores, está o alcalde de Porriño, o alcalde de Gondomar, ó que tamén aproveito para felicitar pola súa chegada, concelleiros de Vigo, non creo que ningún deles poida por en dúbida a súa importancia, a súa valía e o seu servizo ós cidadáns e, sinceramente, non creo que estean de acordo en suprimilas. Por todo iso, é polo que pido que esta moción, se é posible, sexa aprobada por unanimidade de todos, dende a Deputación Provincial que, ó final, e como ás veces se chama o concello dos concellos e, polo tanto, dende o Grupo Provincial Socialista, repito, pedimos que se rexeiten as medidas de recorte do goberno central onde se pretende suprimir as entidades locais menores. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Juan Antonio. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno. Nós vamos a pedirlle ó Grupo Socialista, se pode ser, a retirada deste asunto, neste tema que consideramos importante, pero, tamén, temos coñecemento que dentro desa reforma que están facendo cambios e bueno, nós creo que sería importante ver que propostas intentan reconducir ou reformular e que esta petición, bueno, pois quedase pendente, é dicir, é unha cuestión que non nos preocupa, toda a reestruturación administrativa local, creo que nós somos perfectamente, estamos perfectamente implicados no que pode ser a repercusión e a importancia que ten a administración en todos os seus eidos e, loxicamente, as Entidades locais menores, bueno, pois xogan un papel importante, e bueno, nós consideramos que, bueno, para buscar o máximo consenso e buscar unha proposta de acordo, que quede pendente, bueno, pois tratala ó mellor nunha Comisión e mirar o que podemos facer. Sr. Presidente.- D. Juan Antonio. Sr. González Pérez.- Bueno, eu creo que case me dá máis motivos para dicir que esta é unha moción que debemos votar agora mesmo, ¿non?, se se están estudando, incluso, a posibilidade de que se rexeite, bueno, esta parte deste recorte, bueno, pois ó mellor, quizais a proposta da Deputación Provincial de Pontevedra, de todos nós, na que se pide que non se supriman, pois, incluso, pode darlle máis forza ó Goberno para que se dea conta de que é necesario, son absolutamente necesarios. Polo tanto, eu pola nosa parte, non retiramos a moción, e eu creo que, ademais, na maioría dos concellos onde hai Entidades locais menores, bueno, sinto dicir o de Gondomar que acaba de chegar, agora, non sei en Porriño, sei que houbo unha moción na que o Partido Popular votou a favor e, polo tanto, me parece que tampouco é incoherente e vostede, antes falaba, de que cando un fala, aquí, fala unha cousa e no seu concello outra, que iso nos pasa ó Partido Socialista, bueno, eu espero que vostede non faga o mesmo que facemos, segundo vostede, os do Partido Socialista e voten esta moción. Pola nosa parte, non a retiramos e gustaríanos que tomáramos unha decisión entre todos. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias D. Juan Antonio. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Vamos a ver. Obviamente, hai unha cuestión que se plantexa, que as entidades locais menores que, bueno, foi obxecto de moción, creo que nos concellos do BNG, en Mondariz foi aprobada, noutros sitios foi aprobada, noutros a medias e o que sexa. Ben, plantexado o debate das entidades locais menores si ou non, obviamente, pois pode ter pouco resultado e, evidentemente, nós vamos a manter que si, polo tanto, votaríamos a favor, votamos a favor. O que si creo é que isto transcende un pouquiño, importantes, pero vamos as entidades locais menores teñen moito máis que ver coa articulación da administración local de Galicia dentro da normativa estatal que, francamente, é bastante, bastante deficiente e se esa lei vai poñer tantas condicións e tan fortes, pensando nos concellos de Andalucía ou de Castela ou de Aragón, obviamente, o que é a administración local de Galicia debe quedar patas para arriba, directamente, patas para arriba e de bastante peores condicións e bueno, xa, a lei de Administración local de Galicia, do Parlamento de Galicia queda, absolutamente, en nada. Bueno, xa coa existencia de entidades locais menores é, moi difícil, darlle un recoñecemento minimamente formal ou xurídico ás parroquias, outras entidades de funcionamento que existen e se desaparecen as entidades locais menores moito peor, claro, estamos nesa neura da desaparición da administración, cando as entidades locais menores, ou que podían ser estendidas a parroquias, ou varias parroquias, depende da poboación ou o que sexa, para xestionar os seus asuntos, non custa nada, nada e estamos con iso, non, é que hai máis representantes públicos, e tamén nos podemos sumar ás directivas das Xuntas de Montes como representantes públicos e ó final somos trescentos mil en Galicia, representantes públicos, bueno, ese é un disparate que non conduce a ningún lado. O que é certo, é que hai certas disfuncións que un concello, eu supoño que un alcalde como o de Lalín ou o da Estrada, para que un concelleiro se dea un paseo, non digo por cada lugar, por cada parroquia e sepa do que vai alí, suda, suda. Bueno, pois non pasaría nada porque houbera algunha entidade, algunha entidade, pequena, digamos, sen, practicamente, pero para xestionar certas cousas alí, e non ten porque ter máis custes, pode ser moito máis eficiente. Por iso lle digo, un vai, quero dicir, un pasa o Padornelo e resulta que cada grupiño de casas que ve alí é un concello, é un concello. Vale, que aí poidan desaparecer e agrupalos ben, si, si, parece claramente, un vai polos …, por alí, cada … é un concello, e tal, non sei, no norte da provincia de Lugo, eu que sei, non vamos alargarnos aquí, vale. E a min me parece que hai bastante pasividade e a Deputación mentres exista pois terá algo que dicir e, en cada concello individualmente, si que había que facer un plantexamento de cal é a proposta, cal é a proposta con respecto a esta lei, porque, senón, tal e como está redactada agora e co espírito e demais o “zapatostio” vai ser monstruoso, non sei se estará ben, xa digo a Andalucía, a Castela, a Aragón e a Valencia, aquí o “zapatostio” vai ser fino, vai ser fino, vai ser fino, ¡xa!. Non quero nin pensar que obriguen a unir, por exemplo, catro ou cinco concellos por alá, a Fonsagrada, non sei que, ou sexa, un concello que é tan grande como a provincia de Pontevedra, ou barbaridades dese tipo, ¿verdade?, con seiscentos mil, tres mil núcleos de poboación, non quero nin … e profundamente desadaptado e demais. Entón, bueno, as entidades locais, que é importante, non é o máis relevante, pero como figura así e como o é o espírito da lei, obviamente, hai que falar delas, á parte de que votaríamos a favor da moción si pediríamos, e senón, obviamente, vouno criticar, que esta casa non intente ter un posicionamento para levar á FEGAMP ou á FEMP con respecto a esta modificación da lei e ter un posicionamento de verdade, ou sexa, non, de Madrid mandan, ¡ala!, a correr, sen pensar, se Galicia ten algo que ver con iso, non ten que ver, como está funcionando, senón, ¡ala!, a baixar a orella e a pensar, porque as consecuencias despois van ser de importancia. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Pero a verdade é que só fixeron falta poucos minutos para demostrar a súa incoherencia. Fai pouco tempo dicía vostede que o número de habitantes comparativamente co reparto, etc., sen embargo, agora, di que, evidentemente, hai moita dispersión no rural e, polo tanto, hai que ter en conta esas consideracións para axudarlles a que poñamos en marcha medios e infraestruturas, etc., etc., para iso. Esa é a realidade, fixo falta pouco tempo para que, dalgunha maneira, se demostrara o que dicíamos antes e o que dicimos agora. En todo caso, teño que dicirlle tamén que non está ben informado porque o problema das entidades locais menores non che é Galicia, éche Castilla-León, Castilla-La Mancha, que hai miles, aquí en Galicia, hai, pois xa ve as que hai na provincia de Pontevedra e, polo tanto, o problema o teñen outras comunidades autónomas e non nós. De todas maneiras, o Sr. Figueroa quere facer unha proposta. Sr. Figueroa Vila.- Nós temos a intención de chegar a un acordo neste tema, é dicir, propoñemos unha emenda, que podemos matizala, pero bueno, pode dicir o seguinte: Dirixirse ó goberno de España para que reconsidere as medidas propostas polo informe do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas sobre a reforma da Lei de bases de Réxime local, e para que se abra unha negociación coa FEGAMP e coa FEMP, coa participación das comunidades autónomas co obxectivo de aprobar unha nova normativa en materia de réxime local, que partindo do recoñecemento da autonomía política e administrativa dos gobernos locais, permita ter en conta a problemática específica dos municipios galegos ..., aquí poderíamos incluír o tema das entidades locais menores, tamén, gobernos locais e entidades locais menores, perdón, permita ter en conta a problemática específica dos municipios galegos e entidades locais, ó tempo que contribúa a eliminar as duplicidades existentes entre os diversos niveis de goberno, asegurando o recoñecemento de competencias ás entidades locais nun marco financeiro acaído para o exercicio das mesmas. Se lle vale, nós votariamos a favor. Sr. Presidente.- D. Juan Antonio González. Sr. González Pérez.- Vamos, non é que me valga ou non me valga, é que non sei se me falta capacidade para entender ese tipo de moción ou se é que vostede ten capacidade para redactar agora mesmo unha moción dese tipo. Nós temos unha moción clara, presentamos a moción, e eu creo que iso da xogo para que no Pleno seguinte teñamos unha moción e discutan durante horas sobre a administración … Sr. Figueroa Vila.- Nós vamos a anunciar o noso voto, sería, nos absteriamos, pero plantexaríamos como moción fóra da orde do día esta proposta. Sr. Presidente.- Si, si, claro, así non votamos en contra. Se D. Juan Antonio di que non quere debater, que hai que debater outro día e estas cousas, pois nós facemos unha proposta, parece que vostede non a entende coa necesidade ou coa acritude que debe entender unha cuestión deste sentido, pois élle difícil de entender, polo tanto, votamos a súa e votamos por outro lado a nosa e punto, non pasa nada. ¿Que problema hai?, quere falar, ¡ah!, moi ben. Sr. González Pérez.- Vamos a ver, eu creo que está ben claro, aquí non hai discusión nin empezar a falar da capacidade de cada un nin de cada un. Nós presentamos unha moción, vale, se queren a votan a favor, se queren a votan en contra e se queren se absteñen; e se queren traer outra moción a traen, hoxe, mañá, pasado, ou o próximo Pleno, pero non fai falta darlle máis voltas. A moción é a que é, nos poderíamos dicir, se vostedes nos plantean, pois incluír algo, quitar algo, moi ben, pero vamos, facer unha moción completamente diferente non, esta é unha moción que presenta o Partido Socialista e, simplemente, votamos a favor, en contra ou nos abstemos. E a partir de aí, o que si, que lle pediría, como antes dixo o portavoz do Partido Popular, que todos os que estamos aquí presentes teñamos a coherencia que o Partido Popular dixo o outro día, que estivo dicindo antes o seu portavoz, que votan o mesmo aquí que en calquera sitio onde están, e ogallá que sexa así e todos os deputados que están aquí o que votaron nos seus concellos voten aquí tamén o mesmo, porque se votan o contrario, entón, si que toda a coherencia da que nos está falando o Sr. Figueroa a nós, polo menos, non sei ós cidadáns, xa se nos vai polo chan. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Nós non vamos a votar, habitualmente non solemos votar aquelas cousas do Partido Socialista que buscan un oportunismo ante unha cousa que pode suceder, votamos de cuestións concretas que están pasando, non de cousas que poden suceder. Polo tanto, nese sentido, como disto non sucedeu absolutamente nada e vostedes como non fixeron ningún tipo de reforma neste sentido, así estamos como estamos agora mesmo, pois, polo tanto, nós plantexamos outra alternativa, vostede xa comprobou antes que houbo consensuada una moción do Partido Socialista en relación a un tema que resolveu o Partido Popular. Polo tanto, neste sentido, pois facemos o mesmo plantexamento, vostede, evidentemente, pois non quere, nós na posición dese tema, pois, votaremos o que teñamos en consideración, estimemos en consideración e punto, pero iso xa está suficientemente claro e a poboación xa sabe quen vota coherentemente e quen vota en función onde estea, iso xa non hai ningunha dúbida. Polo tanto, o Partido Popular o ten perfectamente claro, e vostedes, polo que vén, neste tema si, mañá ó mellor será outra cousa, e pasado será outra ben distinta. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Dicir que nós vamos a plantexar esta proposta, se a acepta como emenda ben, senón, vamos a absternos na súa moción e vamos a presentar esta, anunciamos ese tema. Vamos a presentala fóra da orde do día, esta proposta. Sr. Presidente.- Bueno, pois vamos a proceder entón á votación do punto número catorce. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Despois votaremos esa proposta do Partido Popular, cando rematemos os puntos da orde do día. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG e coas abstencións do PP, aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE), sobre as medidas de recorte do Goberno central onde se pretende suprimir as Entidades Locais Menores. Dita Moción é como segue: “Santos Héctor Rodríguez, voceiro e deputado do Grupo Provincial Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra ó abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción ó Pleno: No informe sobre o Anteproxecto de Lei de “Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local” contémplanse novas medidas de recorte, ó mesmo tempo, que se potencia o papel das Deputacións Provinciais, suprime o 30% dos concelleiros e elimina ás mancomunidades e a todas as Entidades Locais Menores dentro do ámbito territorial do Estado, pasando os seus bens ós concellos ós que pertencen e que son, na actualidade, patrimonio dos veciños das Entidades Locais Menores. As Entidades Locais Menores son as máis próximas ó cidadán e, polo tanto, as que mellor poden entender os problemas e as necesidades destes e, en consecuencia, aportar as solucións máis adecuadas e da forma máis eficiente. Iso pódese comprobar día a día, xa que reciben unha gran cantidade de peticións, moitas delas, relativas a auténticas necesidades, actuando as Entidades, ademais, como verdadeiros interlocutores válidos entre os particulares e as administracións. Ó longo dos anos, souberon conservar o seu patrimonio dándolle un uso do que se beneficiaron os veciños. Ademais, a maioría destas non se atopan endebedadas e, en moitos casos, están menos politizadas que os municipios e, por enriba, a medida terá un nulo efecto na contención do gasto público. É unha medida que podemos cualificar como unha actitude covarde, traidora e antidemocrática, pois, baixo a escusa dun aforro económico que non existe, pretende recortar, de modo drástico, os instrumentos de participación cidadá, vulnérase a autonomía local e as competencias doutras administracións como a autonómica, que é a quen lle corresponde regular este aspecto. Por todo o exposto con anterioridade presento a seguinte: MOCIÓN Rexeitar as medidas de recorte do Goberno central onde se pretende suprimir as Entidades Locais Menores.” 15.6274.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) RELATIVA Á ANULACIÓN DAS RESTRICIÓNS INTRODUCIDAS Ó PLAN PREPARA NO REAL DECRETO-LEI 23/2012, DE 24 DE AGOSTO E A PRÓRROGA DO REAL DECRETO-LEI 1/2011, DE 11 DE FEBREIRO Sr. Presidente.- Punto número quince. Moción do Grupo Provincial Socialista relativa á anulación das restricións introducidas ó Plan Prepara no Real Decreto-Lei 23/2012, de 24 de agosto e a prórroga do Real Decreto-Lei 1/2011, de 11 de febreiro. ¿Alguén?, D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Cremos que é unha moción moi importante dado que a principal preocupación de todos os cidadáns é o paro, é o desemprego. Dende logo, hoxe estamos a ver, tamén, como se están anunciando os propios presupostos para o ano 2013 do goberno do Estado, onde seguen apuntando a máis recortes e a máis desemprego e, polo tanto, cremos de que xunto cos recortes que se viñan facendo nas políticas activas de emprego que, este ano, foron de especial incidencia na nosa comunidade autónoma, pois estamos a ver que a axuda que viña téndose, que foi aprobada polo anterior goberno socialista dos 400 euros, que o propio goberno do Partido Popular tardou en anunciar que a prorrogaba, que dubidou e que, ó final, fixo unha prórroga pero cunhas condicións moi distintas ás que viña tendo o anterior Plan Prepara, un Plan Prepara que viña acompañado de formación, de orientación, de guía para encontrar emprego, para favorecer a inserción pero, ó mesmo tempo, que ás persoas sen recursos lles posibilitaba uns ingresos de 400 euros. Pois ben, o Decreto que artellou o goberno do Sr. Rajoy, do Partido Popular, dende logo, non se parece en nada ó que estaba en vigor, por canto aumenta os requisitos para acceder a esta axuda, teñen, redúcese o número de potenciais beneficiarios, pois, meten novas esixencias e, tamén, incluso, algunha dúbida, porque dunha, pretendida, incrementa a 450 euros de percepción, o certo é que iso practicamente é imposible de que alguén os poida percibir. Polo tanto, que se vendeu como unha gran aportación pero, dende logo, é moi difícil iso. E dende logo, tamén, requisitos de búsqueda de emprego que o que están é a favorecer ás propias empresas de traballo temporal. Nós o que pedimos ó Grupo Provincial Socialista, o que pedimos na nosa moción, é que se inste ó goberno de España co fin de garantir a transición ó emprego, acadar unha maior coordinación entre as políticas activas de emprego e as axudas económicas de acompañamento e evitar a exclusión social, pois anule as restricións introducidas ó Plan Prepara no Real decreto lei 23/2012, de 24 de agosto e que se prorrogue o Real decreto lei 1/2011, de 11 de febreiro ata, polo menos, o 15 de agosto de 2013, estamos falando dun ano coas mesmas condicións. Que dúbida cabe que, tamén, vostedes o coñecen de que xunto con novos condicionantes e requisitos para poder levar adiante as solicitudes de todas estas persoas, que non representan máis aló do 3,71% dos desempregados, se viu, tamén, agravado, pois que nas oficinas de emprego tampouco tiñan e, moitas, seguen sen ter claro como son e como se fan os trámites para, realmente, acceder a esta axuda. Pois ben, reiteramos que, para que todas esas persoas poidan ter esa cobertura e poidan ter algo de dignidade, que se prorrogue o anterior decreto. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Santos Héctor. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, nós vamos a votar en contra desta moción porque a prórroga non discrimina de ningunha forma, nin pola idade do solicitante, senón que prioriza a posición dos que teñen cargas familiares, elevando en 300 euros á axuda a quen, ademais do cónxuxe ten ó menos dous fillos ó seu cargo, polo tanto, vostedes, tamén, dicían que este programa non se ía a aplicar, ó final, se acabou aplicando; tampouco os 400 euros se negan a nadie que viva cos seus pais por que si, senón, se negan a parados que vivan con pais con ingresos altos en función da mesma fórmula que determinaron vostedes no ano 2011. Este sistema establece que o soldo, tamén, dun fillo non poida impedir a un parado percibir os 400 euros pero, ata agora, non se deron conta quen vivía cuns pais con ingresos solventes. Eu creo que, en definitiva, o único que se está intentando é aplicar un plan que mellora o anterior e, por iso, dende o noso grupo non só reforzamos a idea de que era necesario, senón que se mellorou e que, loxicamente, pois estes cartos e este plan van destinados a unhas persoas que, evidentemente, o necesitan, pero bueno, hai matizacións que, loxicamente, é bo corrixilas, que podía seguir, continuar con todas elas, pero eu creo que o fondo do tema está claro, é dicir, nos parece que era necesario, que se mellore e que, en calquera caso, non ten ningún sentido o que plantexan vostedes. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Santos Héctor. A partir do tempo 02:21:33.00 e por un fallo do sistema, deixa de escoitarse a gravación da sesión plenaria ata o minuto 02:22:59.12. Sr. Rodríguez Díaz.- É unha pena que non apoien esta moción porque, certamente, vostede dicía ben, a quen máis afecta é ós mozos e mozas, ós máis novos é ós que máis afecta porque, dificilmente, van a poder ter independencia senón lle axudamos con isto. E dende logo, esta é unha necesidade de primeira orde e, aínda, que parece, aínda que alguén quere igual deixar no aire de que o anterior Plan Prepara non esixía condicións, pois claro que xa tiña condicionantes, tiña importantes condicionantes, pois de renda, de idade, de duración de desemprego pero, aquí, neste, neste que eu lles quero lembrar que ó final se aprobou, despois de moitas dúbidas, non había intención ningunha en aprobalo, se aproba cuns requisitos que, dende logo fan, que moitos, moitos dos que o necesitan de verdade non poidan acceder a él. Eu, de novo, lles pediría que ante a situación, ademais, de dificultade e que vostedes ademais anuncian que vai a incrementarse a dificultade, que vai haber máis paro, máis recesión pois que, dende logo, se apoiara en iniciativas deste tipo para que o Goberno central as tivera en conta. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Polo tanto, procedemos á votación desta moción do Grupo Provincial Socialista relativa ó Plan Prepara. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda, por maioría, cos votos en contra da moción do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) relativa á anulación das restricións introducidas ó Plan Prepara no Real decreto-lei 23/2012, de 24 de agosto e a prórroga do Real decreto-lei 1/2011, de 11 de febreiro. 16.6275.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BNG RELATIVA Á PERDA DO PODER ADQUISITIVO DAS/OS EMPREGADAS/OS AFECTADOS POLO RDL 20/2012, DE 13 DE XULLO Sr. Presidente.- Punto número dezaseis. Moción do Grupo Provincial do BNG relativa á perda do poder adquisitivo das e dos empregados públicos, os afectados polo Real Decreto Lei 20/2012, de 13 de xullo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Ben, a cuestión é clara, simple, nidia e demais, estamos nunha situación na que depende a categoría profesional, pero dende maio de 2010 ata o inicio de 2013, a perda do poder adquisitivo dos funcionarios supera en algúns casos o 20% e noutros casos pasa do 30, entre todas as medidas que creo que son coñecidas e non é cuestión de … Ben, cando había unha cadea, xa, de recortes aparece este á metade de ano, absolutamente brutal, desproporcionado e inxusto, que nos imaxinamos que vai suceder o mesmo que sucedeu en Portugal, que haberá algunha sentenza dalgún tribunal por aí dicindo que é ilegal ou de moi dubidosa legalidade, pero que, na práctica, supón que este ano non van a cobrar os funcionarios a paga extra, ¿non?, coas repercusións que ten en todo e dunha maneira radicalmente inxusta, non sei porque os funcionarios si e outros non, non sei que culpa tiveron os funcionarios ou tivemos os funcionarios na crise que estamos a padecer, etc. Entón, xa antes o debatemos con respecto á, cando falamos das modificacións de crédito, nós estamos convencidos de que non vai a pasar nada, absolutamente nada raro, nin estraño á economía, porque se pague, senón é a paga extra, porque está prohibida legalmente, algún tipo de compensación. Cremos que esta casa, e antes o demostramos con cifras, pode perfectamente facelo e, realmente, só, digamos un seguidismo absoluto dun criterio fixado pola administración central, que non vamos a entrar se pode ou non pode pagalo, que non é debate agora aquí, pois é do Partido Popular en Madrid, pois leva a que se estea aplicando noutras administracións cando non sería necesario. Polo tanto, por todas as razóns que se deron, máis outras que creo que son obvias, ¿non?, de que nunha cidade, neste caso, como na de Pontevedra, que a maioría dos funcionarios da Deputación, ou son de Pontevedra ou, dunha maneira ou doutra, a maioría pivota sobre Pontevedra, polo tanto, a economía, as pagas extras todos sabemos que practicamente entran por un lado e van polo outro, úsanse para todo ese gasto que lle pode salvar o ano a cantidade de actividades económicas, de todo tipo, construción de pequena escala, comercio, etc., e porque esta casa pode perfectisimamente facelo, antes vimos que, en fin, se prefire pagar ós bancos, pero aínda así, á parte de pagarlle ós bancos ou devolverlle ós bancos en condicións, créditos que esta casa ten en condicións moi vantaxosas, aínda así, habería recursos suficientes e sen ningún problema para poder adoptar esta medida. Non me veñan coas historias legais porque todos sabemos que aquí hai sentenzas que tumban medidas correctivas que non se aplicaron, etc., etc. Ou sexa, non hai ningún obstáculo legal para buscar solucións, non hai ningún problema económico para buscar solucións, só é unha cuestión de vontade, e cremos que na situación na que están os funcionarios da Deputación, na situación na que están a economía da provincia, e do entorno de Pontevedra en particular, estamos convencidos que sería unha moi boa medida que se adoptara esta proposta de compensar ós funcionarios da Deputación, ós funcionarios e laborais, vamos, ós traballadores da Deputación, con algo equivalente, ou similar ou parecido á perda do poder adquisitivo que supuxo a eliminación da paga extra por parte do Estado, o que é claro, simple e nidio. Polo tanto, pois supoño, supoño, agardo que haxa a suficiente sensibilidade por parte da maioría da corporación, para poder levar adiante esta medida, creo que non, que o único que é é o simbolismo, a única dificultade que ten é o simbolismo político, de facer seguidismo absoluto da administración central. As cousas pódense facer doutra maneira, sen maiores problemas, se é que se quere. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Antes, antes, antes. Sr. Rodríguez Díaz.- Bueno, dende o Grupo Provincial Socialista coincidimos co texto da moción e tamén co que o Deputado Provincial e portavoz do Bloque Nacionalista Galego manifestaba. E moi breve, engadir que dende logo a defensa dos servizos públicos pasa primeiro porque os empregados públicos teñan unhas retribucións dignas. A crise parece que a teñen que pagar estes traballadores e traballadoras e, dende logo, nós estamos de acordo que cumprindo da forma máis estrita a lei se compense a paga extraordinaria de decembro do ano 2012. E ademais o vamos a ter que facer algunha vez máis porque as noticias das decisións do Goberno central, de onte, que hoxe se confirman, din que se lle conxela o salario ós funcionarios públicos para o ano 2013, pero, pero, que van a recuperar a paga de decembro. Nós estamos convencidos de que en canto pasen as eleccións catalanas non só non van a recuperar a paga de decembro senón que van a ter no aire a paga de xuño, é dicir, estamos xa acostumados a que se fagan declaracións ata que pasa o período electoral. Polo tanto, isto é unha cuestión fundamental e que non se debe seguir abusando e usando ós empregados públicos como, entre outros, como os que teñen pagar esta crise. Hoxe nos toca esta moción, falamos dela, e dende o grupo provincial que se busque a maneira, sempre co estrito cumprimento da lei, para que se poida compensar esa paga extraordinaria de decembro de 2012, ás traballadoras e traballadores da Deputación e organismo autónomos de Pontevedra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, a min me gustaría facer unha introdución, é dicir, primeiro que a nadie lle gusta tomar este tipo de medidas, nin persoal, nin politicamente, nin se dependese dun, incluso, doutro tipo de decisións. Eu creo que tanto ós funcionarios coma ós demais colectivos que lle poden afectar os tipos de medidas que se están aplicando dende o goberno de España, loxicamente, volvo a repetir, que son medidas que nadie tomaría senón se encontrase un goberno, coma o goberno do Partido Popular, que empezou a dirixir este país a principios de ano, senón encontrase, pois, datos, datos que hai que poñelos enriba da mesa porque senón, loxicamente, non seríamos obxectivos agora á hora de dar opinións. Datos que significan, pois, cinco millóns e medio de parados, unha economía estancada cunha débeda de máis de novecentos mil millóns de euros, noventa mil millóns de euros de déficit, os anteriores gobernantes do Partido Socialista dixeron que era o 6% e ó final foi o 8,5%, é dicir, trinta mil millóns máis do previsto, a … dos españois e niveis de 2004 e con recortes sociais que, agora, parece que todo o mundo se olvidou; unha subida da luz do 60% dende 2004 e do gas dun 15%; se conxelaron as pensións por primeira vez na historia; subiu o IRPF na nómina de máis de dez millóns de contribuíntes; subiu o IVA do 16 ó 18%; suprimiron a axuda dos 400 euros, e todo isto, ¿que provocou?, a destrución de empresas e de autónomos, en torno a catrocentas mil empresas e trescentos setenta e cinco mil autónomos menos que no ano 2008. E a maiores, pois, outras débedas que se deixaron por aí; corenta mil millóns do AVE sen pagar, dezasete mil millóns de débeda en sanidade, e non me vou a estender. Deixei, a propósito, unha cifra, unha cifra importante, redución do 5% da nómina dos funcionarios de forma permanente, Real decreto lei 8/2010, de 20 de maio, de 2010. A min me sorprende moito que algúns poidan facer plantexamentos, agora, e que estiveran calados ata agora, porque iso si que é un verdadeiro ataque ós funcionarios, reducirlle a súa masa salarial ó 5%, permanentemente, durante todo o ano e durante toda a súa vida laboral. E lle vou a dar datos, porque como mellor nos entendemos é con números. ¿Saben vostedes, cun cálculo matemático, por suposto, Sr. Mosquera, cal é o custe que ten o Decreto do Sr. Zapatero para esta casa e o custe que ten o Decreto do Sr. Rajoy para esta casa?. Pois miren, o Decreto do Sr. Zapatero, a día de hoxe, significa un aforro, é dicir, unha cantidade de diñeiro que non perciben os funcionarios, de catro millóns quiñentos oitenta e oito mil euros. ¿Sabe canto significa a paga extra de decembro do Sr. Rajoy?, un millón setecentos trinta e sete mil euros. É dicir, só neste dato, dous millóns oitocentos mil euros, é dicir, quiñentos millóns das antigas pesetas a día de hoxe, dunha decisión a outra, pero cunha diferenza, abismal, que a do Sr. Zapatero vai a ser para a vida laboral e ata a xubilación de todos os traballadores e a do Partido Popular é unha paga extra puntual, que vou a por no beneficio da dúbida, que che di que se vai a pagar, e creo que se vai a pagar, pero supoñámonos que non se recupere, para que os datos sexan, incluso, máis favorables á proposta que vostedes fan, a día de hoxe estamos falando de tres millóns de euros de diferenza. ¿Onde estaban vostedes dende maio do 2010 ata agora?. Caladiños, mudos. Pois esta é a diferenza e este é o argumento fundamental, fundamental, eu creo que algúns deberían de estar calados, calados non, caladiños. Como me dicía un alcalde, dun concello que non vou a dar o nome, que agora xa non está, dicía, teño aquí uns na oposición que eu lles digo “rapaces, falar calados”, é unha expresión moi típica galega, pois, “falar calados” é o que vostedes fixeron e o que vostedes estiveron facendo durante este tempo. Esta é a realidade, esta é a realidade. Polo tanto, eu creo que debíamos de ser todos sensatos, sabemos que temos unha situación moi difícil, moi difícil temos que, entre todos, e digo todos, partindo da clase política, e toda a sociedade e por suposto, tamén, os funcionarios, de intentar, intentar arrimar o ombro o mellor posible, que non sempre caian as decisións sobre os mesmos colectivos, pero eu creo que, neste caso, hai un exemplo claro do que fixo un goberno e o que está a facer outro goberno. Mentres un goberno lle reduciu o 5% ós funcionarios, anualmente e progresivamente e en toda a súa extensión de toda a súa vida laboral, hai outro goberno que toma unha decisión puntual dunha paga extra e, ademais, que se vai a recuperar, que se vai a recuperar. Esa é a diferenza, e a min dende logo, eu creo que non hai máis, ó mellor, posibilidade de tomar decisións que cando os datos son obxectivos. Eu creo que todos sabemos que isto é necesario, non se toman medidas por que si, o que pasa é que, pois, se algúns queren utilizar a demagoxia a poden utilizar sen ningún problema, se pode utilizar, se pode pedir o que se queira, se pode facer plantexamentos políticos ó límite pero, a realidade, é esta, a realidade é esta e, dende logo, a min me gustaría que os traballadores, tamén, supoño que a coñecen, supoño que a coñecen, e non falemos, evidentemente, porque teño aquí tamén a comparativa feita do que pode significar, do que pode significar economicamente esa decisión do 5% nunha vida laboral mínima que lle poida quedar a un traballador entre 15 e 20 anos, estamos falando de cifras moi, moi, importantes, cifras moi importantes, pero aquí a máis significativa é esta, porque esta si que a pode facer calquera, si que a pode facer calquera. Mire, lle vou a dar algún dato máis, exemplo dun traballador desta casa, un A1-29, co Decreto lei de 20 de maio, a día de hoxe, perdeu once mil euros, coa paga tres mil setecentos. Un A2-23 perdeu catro mil novecentos coa decisión do Sr. Zapatero, coa decisión do goberno do Partido Popular 2.000 euros, é dicir, a metade. Un C1-22, catro mil douscentos euros, co goberno do Partido Popular actual dous mil catrocentos euros e un C2-18, dous mil e mil setecentos, é dicir, no peor dos casos ou no mellor dos casos para os funcionarios, dous mil cincuenta euros de diferenza, a día de hoxe, a día de hoxe, é dicir, contando, loxicamente, que se houbese pagado esa paga. Polo tanto, eu lles pediría cordura, sensatez, vamos todos a tirar da mesma corda, vamos todos a intentar apertarnos o cinto, todos, e digo todos, digo todos porque é necesario e eu creo que se entre todos somos capaces de traballar na mesma dirección, eu estou convencido que este país o sacamos adiante todos, se intentamos facer diferenzas, dividirnos, atacarnos e confrontar e enfrontar permanentemente, eu estou convencido que teremos máis dificultades para saír. Polo tanto, eu ós traballadores desta casa, que sempre saben que os temos en consideración, hai un momento delicado, puntual, é certo que seguramente a eles lle afecte máis que a outros, pero eu tamén creo que é certo que nestes momentos de dificultades, pois os que temos algunha posibilidade, temos que intentar arrimar o ombro e eu, dende logo, creo que esa é a liña que temos que seguir, con absoluta tranquilidade, eu creo que, ademais, coa proximidade que nos caracteriza, que ten que ser así, entre os traballadores e os responsables políticos, eu creo que é bo que traballemos na mesma dirección e, dende logo, lles quero trasladar, tamén, que ese esforzo que están a facer é en beneficio de todos e, polo tanto, eu creo que tamén teñen que saber que teñen a consideración dos responsables políticos, polo menos, deste equipo de goberno e, en calquera caso, eu creo que da propia sociedade. Polo tanto, eu faría unha reflexión en voz alta para todos e empezo por eu mesmo e, polo tanto, vamos a intentar, a ver se somos capaces de saír o mellor posible da crise, en calquera caso, e bueno, que estas medidas, polo menos, sirvan para que este país non vaia a peor senón todo o contrario, que vaia a mellor. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. A ver, intentarei ser estrañamente breve. En primeiro lugar, creo que neste mesmo pleno, cando foron as medidas de maio do 2010, creo que este grupo non dou precisamente ningunha aquiescencia e contou co seu voto en contra, vostedes si lla deron, ou sexa, non nos diga que estivemos calados, que si presentamos aquí e si fomos a folgas, etc., ou sexa, que non nos diga que estivemos calados, en absoluto. En segundo lugar, fai unha argumentación sobre o 5%, pero se lle parece tan terrible o 5% recupéreno, recupéreno, problema arranxado, ou cal vai ser aquí a discusión, “tu más, yo menos”, non, miren, recupéreno, claro, é o PSOE pode dicir, mire, no 96 ó 2004 tivemos conxelado o salario pois case todos os anos, os funcionarios, entón, un baixou, outro subiu, bueno, podemos facer un histórico non sei que. Ben, a mediados do 2010 un desastre que contou coa oposición de quen contou, non coa súa, non coa súa, por certo e, agora, pois deixémonos de facer contas para adiante e para atrás, que podemos facelas, as que se queiran, aí hai contas con respecto ó poder adquisitivo do 96 que, nalgúns casos, chega case ó 40%, non se recuperara aínda no 2010 a capacidade adquisitiva do 96, etc., etc. Pero, se é moi fácil, se cren que foi, se vostedes están convencidos de que foi unha medida inxusta, a medida que se tomou en maio do 2010, que nós si o cremos e si nos opuxemos, si nos opuxemos, recupérana, así de fácil. Entón, daquela acórdome un debate neste Pleno e que vostedes votaron en contra de queixarse por aquela rebaixa, vostedes votaron en contra, o Partido Popular. Ou sexa, que non me veñan agora con estas historias. Mire, creo que quedou demostrado antes no debate, vostede está falando de política xeral, que me parece moi ben, a lei, o Decreto lei e esas cousas urxentes, agora aquí xa non hai leis, hai decretos leis, todos e demais, eu creo que nin no franquismo había tanto Decreto lei, non había, pasaban polas Cortes, eran máis respectuosos coas Cortes do que é agora. Pero bueno, deixando iso, vostede, faino pero a tono xeral, pero é que no caso particular da Deputación de Pontevedra, no que é no caso particular da Deputación de Pontevedra, é que esa argumentación non vale, é que non lle vou nin entrar nela, non vale, e antes quedou perfectamente demostrado. Nestes momentos pedirlle ós funcionarios da Deputación, que non se lle aboe ningunha compensación pola extra, debe ser un beneficio para todos, para todos, os bancos, dende logo para ninguén máis, para ninguén máis, dedícase a amortizar débeda, débeda que xa antes o razoei e demais. Non hai ningunha razón, repito, salvo ese seguidismo que a vostede lle preocupa moito máis aplaudir coas orellas, medidas do goberno do seu partido en Madrid, que a situación concreta é dos funcionarios da Deputación de Pontevedra e do entorno socio-económico. Ben, non hai ningunha, non me dou ningunha razón máis, máis que peroratas sobre as contas de aquí, de alá e de acolá, pero bueno, é que esas contas, é dicir, pois mire foi tráxico, de maio de 2010 e o 2011, e o 2012, e despois o 2013 que, tamén, se conxela, cunha inflación que sabemos hoxe que está no 3,5, a saber en canto remata, foi tráxico, pero, mire, dentro do que pode ser esa traxedia hai unha medida concreta que esta Deputación podía compensar, non anular, porque non ten capacidade lexislativa, pero si compensar e, sen ningún problema, sen ningunha dificultade e demais. Non quere, bueno, eu creo que están cometendo un erro grave por darlle á orella e seguir absolutamente as directrices, de maneira irracional, cando non corresponde para, logo tiñamos a esperanza de que tiveran algo máis de sensibilidade, como tivo parte do seu grupo no concello de Pontevedra e noutros lados, que estiveron buscando as solucións e demais. Sabemos que vai haber, vai haber, non sei se nesta casa, me temo tamén que si, vai haber compensacións vergonzantes, si as vai haber, porque, bueno, supoño que os sindicatos ó final controlaran, nós tamén, non sei se nesta casa ou noutra, se vai haber funcionarios que si van ter esa compensación. Xa se está vendo, incluso, nos Ministerios, xa se está vendo, nos Ministerios, nas Comunidades Autónomas, nos concellos e demais, xa se está vendo, só hai que ver produtividades dalgúns, como engordan de repente a partir dese Decreto, etc., etc., pero son vergonzantes, xa se está vendo e, así, non vale, ou sexa, son consciente de que iso é inxusto, para algunha xente é inxusto, non digo na Deputación esta, que non me consta, pero nas administracións que vostedes gobernan si que se compensan, pero en xeral non podo dicir que si, e entón a maioría déixano pero outro compénsano e demais. Saben perfectamente que é unha barbaridade saben, precisamente, como está a situación, os funcionarios non son, en absoluto, neste momento, os privilexiados económicos, en absoluto, en absoluto, en absoluto, están por debaixo da privada de igual categoría e demais e isto é un mazazo tanto para os funcionarios e funcionarias como para a economía e, nalgúns casos, vai a haber compensacións e demais, porque senón non dan as contas, porque iso é un camiño vergonzante que, aínda, que se podía facer abertamente non se atreven, non queren, prefiren destinar a amortizar débeda, porque se preferiran dedicalo a outras cousas, se podía, perfectamente, incrementar sen ningún problema, e creo, creo que íamos a gañar todos, a economía local, os funcionarios e creo que, tamén, creo que tamén esta casa. Pero bueno, vostedes teñen a maioría, creo que están cometendo un erro, grave, creo que están cometendo un erro grave. Procedamos a votar, eu creo que non dá moito máis de si, se queren, se hai que intervir máis pois intervimos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. De todas maneiras, vostede é consciente do informe que lle fixo o Interventor e a Secretaría municipal no seu concello, creo, non, non, digo, digo que creo que lle pon aí unhas frases moi contundentes e elocuentes, nós seríamos os primeiros, en todo caso, en colaborar nesa medida pero, como vimos facendo nos últimos anos, e ben o saben os traballadores o Comité de empresa desta casa, pois levamos colaborando, precisamente, nesa etapa, ó mellor, de dificultade que o Partido Socialista sacou o 5% cada mes, nos sacou a todos os funcionarios, ¿verdade?. Polo tanto, vostede, en relación a ese informe que lle fixo o Secretario e o Interventor do seu concello, pois as normas son para cumprir porque se cada un andamos polo seu lado, así nos vai, ¿verdade?, así nos vai. Dígame, cónteme, que sempre é bo. Sr. Mosquera Lorenzo.-Si, mire, cóntolle, non foi o Secretario que foi o Interventor, Intervención fixo un informe e demais e a presión, a presión a posteriori e demais, fixo unha coletilla, é dicir, si supoñemos que facemos un integral triple e, despois, un siloxismo puidera suceder que como consecuencia houbera un gradiente de derivada, máis ou menos, unha estupidez, ou sexa, di, que se isto é a paga extra sería ilegal. Vale, bueno, moi ben, pero como non é pois non pasa. Mire, e que lle parece, que lle parece, unha interpretación da lei, que lle parece que nesta casa hai sentenzas que din que os convenios, o convenio colectivo A e B, son manifestamente ilegais, sentenzas e demais e nunca se aplicou, iso é desobediencia, infinitamente máis grave que todo iso que di, iso é desobediencia, tamén no concello de Pontevedra hai, e no de Vigo, en moitos máis, iso sería desobediencia e inxustiza e iso non lle mete medo, agora, mételle medo que se alguén informa, mire, deixémonos, deixémonos de rollos, entende, porque claro, ir a un funcionario e presionalo, ten coidado co que informas, ten coidado co que informas, ten coidado co que informas, e ó final, pois bueno, para coidar as espaldas di, “si, hipotético, no expediente non consta nada diso, pero bueno, si, supoñendo que. Bueno, vale, mire, desculpas de mal pagador, desculpas de mal pagador, ou sexa, non agarre por aí, non agarre por aí. Esta casa coas vacantes que ten, con non sei que, ten de sobra marxe para facelo sen facer ningún problema que estea vulnerando a legalidade nin nada que se lle pareza, nada, sábeo de sobra, non quere, non quere, pero bueno, non me meta nese debate, porque á parte é enfarragoso, e non se preocupe, aquí, expedientes que viñeron ó Pleno, booooo, booooo, con máis visos de dubidosa legalidade que isto, buuuuu, buruuu …, vamos, teríamos que pasar ata mañá contándoos, ata mañá, empezando polos convenios, bueno, o que queiran, e non lle preocupou nada, agora, preocúpalle, por aí non, por aí vai mal. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, delátase vostede mesmo, porque o máis interesado sería o Interventor porque tamén lle dá á cousa, ¿quen o ía a presionar?, ¿veu Rajoy a presionalo ou que?, ¿quen o ía a presionar?, presionarase vostede mesmo, Sr. Mosquera, ¿onde estaba vostede cando foi o do 5%?, estaba de vacacións, ¡ah!, presentaron aquí unha moción, ¡ah!, pero veu as cifras, veu as cifras canto son, catro millóns seiscentos mil euros que lle sacaron, ese goberno que vostedes apoiaron aí durante moito tempo, despois meteron a cabeza debaixo da ala, e ata aquí, porque agora non se pode, despois fixéronse amigos, despois son desavenidos, esas historias que todos xa coñecemos, ¿quen ía a presionar ó Interventor para que fixera ese informe?, nós non temos ningún interese. Cremos, evidentemente, no traballo que fan os empregados públicos, especialmente, os desta casa, os cales eu me toca o labor de defender e aí están os convenios que levamos mellorado nos últimos anos e, ogallá, poidamos seguir así, pero tamén temos que ser conscientes da realidade e, nese sentido, nos toca facer o que temos que facer. En todo caso, esta casa seguirá velando polos seus traballadores, polas súas condicións laborais que realmente, económicas, tamén, importante, en todo caso aquí temos o que temos e temos diante esa normativa que establece o que establece. E por iso, hoxe temos que proceder á votación desa moción que, xa digo, non é máis que un mero trámite que fai o Bloque Nacionalista Galego para intentar resarcir algunha cuestión que puido ter antes cos funcionarios que, agora, quere, evidentemente, resarcir mediante a presentación desta moción. Polo tanto, vamos a proceder á votación desta moción que presenta o Bloque Nacionalista Galego. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda, por maioría, cos votos en contra da moción do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo do BNG relativa á perda do poder adquisitivo das/os empregadas/os afectados polo RDL 20/2012, de 13 de xullo. 17.6276.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- Asuntos fóra da orde do día. Aí temos a moción do Partido Popular, que teremos que aprobar a súa urxencia. Vamos a proceder a votar a súa urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Polo tanto, procedemos á votación da urxencia e vamos a incorporar o texto que anteriormente o Sr. Figueroa lle leu para que sexa a FEMP e a FGAMP quen, dalgunha maneira, medie nesta cuestión que cremos sumadamente importante. Polo tanto, votamos a moción que antes xa leu o Sr. Figueroa. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A) MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) RELATIVA ÁS ENTIDADES LOCAIS MENORES O Pleno, previa unánime declaración de urxencia acorda, por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular relativa ás entidades locais menores cuxo texto é como segue: “Dirixirse ó Goberno de España para que reconsidere as medidas propostas polo informe do Ministerio de Facenda e Administracións Publicas sobre a reforma da Lei de Bases de Réxime Local e para que se abra unha negociación coa FEGAMP e coa FEMP, coa participación das Comunidades Autónomas co obxectivo de aprobar unha nova normativa en materia de réxime local que, partindo do recoñecemento da autonomía política e administrativa dos gobernos locais, permita ter en conta a problemática específica dos municipios galegos ó tempo que contribúa a eliminar duplicidades existentes entre os diversos niveis de goberno, asegurando o recoñecemento de competencias ás entidades locais e un marco financeiro acaído para o exercicio das mesmas.” b) Parte de información e control: 18.6277.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Es el extracto de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 4 y el 24 de setiembre; y asimismo, dar cuenta de Resolución Presidencial por la que se delega las atribuciones de la Presidencia, durante su ausencia entre los días 18 y 20 de setiembre, del Presidente en el Sr. Figueroa. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 4 e 24 de setembro do ano 2012 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial, de data 14 de setembro de 2012, delegando as atribucións da Presidencia dos días 18 ó 20 de setembro, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. 19.6278.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Senón hai levantamos a sesión. Moitas gracias e moi boas tardes. ¡Ah!, Sr. Veiga. Sr. Veiga Soto.- Síntoo, bueno, teño que facer esta pregunta, véxome obrigado, porque a verdade é que ma trasladaron uns compañeiros de Cuntis e quería atopar a información necesaria. Somos coñecedores de que temos diferentes criterios á hora destinar os fondos ou crer como se deberían destinar os fondos desta Deputación, mentres que o grupo de goberno segue cunha política de facer campos de fútbol de herba sintética sen ningún tipo de criterios, dun modo arbitrario, nós consideramos que estarían mellor empregados estes fondos en axudas a libros de texto ou en axudas, precisamente ó servizo de axudas a domicilio nos concellos, por exemplo. Pero bueno, neste caso falamos do campo de fútbol da Ran, en Cuntis, un acordo entre o concello de Cuntis e a Deputación de Pontevedra, do 16 de decembro, no que se plantexaba facer unha inversión de novecentos noventa e nove mil catrocentos oito euros, e un custe de redacción de proxecto de 21.122 euros. A Xunta de Goberno do concello de Cuntis decide o 30 de decembro acordar que fora con cargo ó Plan de Investimentos da Deputación e ás dispoñibilidades da partida do ano 2009. O concurso realizouse en marzo e adxudicouse o 8 de agosto, e a pesar de que o proxecto ou a redacción do proxecto, como dicía antes, supoñían unha inversión de un millón vinte mil quiñentos trinta euros, a demolición da estrutura do campo antigo corría á custe da Deputación de Pontevedra, aínda que a xestión deses recursos, deses residuos, perdón, lle correspondían á empresa adxudicataria. O día 26 de xullo, máquinas da Deputación de Pontevedra procedían a facer a demolición destes residuos, ou sexa, dese campo antigo, desas gradas para poder levar a cabo a empresa adxudicataria as obras necesarias para facer o campo de herba sintética. E ese mesmo día os veciños alertados avisa ó grupo municipal do Partido Socialista, porque ven como as máquinas da Deputación o que proceden a facer é soterrar os residuos que están sacando dese campo de fútbol da Ran, cando é unha práctica totalmente prohibida ou polo menos non permitida ós veciños de Cuntis e doutros municipios como todos coñecemos. Este soterramento incumpría a ordenanza xeral de protección do medio ambiente do concello de Cuntis e a normativa medio ambiental autonómica. Esta situación posteriormente, dadas as denuncias feitas polo grupo socialista de Cuntis, foi corrixida, e todos estes escombros que estaban acumulados e soterrados no campo de Cuntis, en terreos do monte comunal, foron posteriormente desenterrados e levados supoño que a un vertedoiro autorizado por parte da Deputación de Pontevedra. E preguntados técnicos desta institución, comentaran que fora unha chamada telefónica do concello de Cuntis quen autorizara, verbalmente, verbalmente, a facer ese soterramento así, pero que corrixiron inmediatamente porque no proxecto había unha partida para xestión dos residuos, evidentemente. Entón, ante esta situación xurden varias preguntas: Primeiro, ¿se autorizou a Xunta de Galicia á Deputación de Pontevedra, a esta Deputación, a realizar eses vertidos de materiais en terreos do monte comunal do concello de Cuntis?. Segundo, ¿se esta Deputación, este grupo de goberno, coñecía esta actuación levada a cabo no concello de Cuntis por parte de operarios deste ente?. Terceiro, se, vista a actuación destas máquinas da Deputación, preguntarse ¿cal é a política de residuos desta Institución?. Cuarto, saber quen ou quen foron os responsables dende o concello de Cuntis e dende esta institución, e levar a cabo esta actuación totalmente contraria ás normativas medio ambientais tanto do concello de Cuntis como da Xunta de Galicia e evidentemente desta Deputación Provincial. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias, é máis, agradezo moito esta pregunta porque é unha pregunta sumadamente interesante, que eu me pregunto ¿onde estaba o Partido Socialista cando fixeron un campo de herba natural?, que agora está feito un desastre, que gastaron creo que oitocentos mil euros en facer unha pista de atletismo, que non reúne as condicións, nese campo, para que sexa homologada. Non sei se á parte de visitar iso se visitaron o campo que fixeron vostedes, que gastaron a de Dios de diñeiro público, que iso debía ser un despilfarro, me pregunto, ¿onde estarían estes?, os que gobernaban Cuntis, porque gobernaron en Cuntis toda a vida, non porque gañaran as eleccións, senón porque a alianza esa que fixeron, que despois se levaron, andiveron a leches permanentes, ata incluso se comprobou no último Pleno da constitución da nova Corporación Municipal. E claro, cando a Deputación vai a facer o que reivindicaron os pais, o alcalde e o grupo de goberno, pois o Partido Socialista en vez de ocuparse, en haber feito unha boa xestión pública do diñeiro de todos os veciños de Cuntis, ocupouse de mirar a ver que facía a Deputación co escombro, que non está mal tampouco. Pero antes había que ocuparse do que había que ocuparse, que se houberan gastado ben o diñeiro público, agora a Deputación non tería que ir a facer ningún campo alí, e o que fixeron, que pode ir alí, eu invítoo a que vaia varias veces por alí por Cuntis e que faga unha visita a onde fixeron o campo, como están os vestiarios, como está ese diñeiro público que gastou o goberno bipartito nesa pista de atletismo, no mesmo campo, etc., etc., vaia a velo, é interesante que o vexa, e dirá, esta é a maneira que gastou o diñeiro público o Partido Socialista. E despois, en relación a esta cuestión, pois si, nós cumprimos o procedemento, fomos alí, en principio se fixo o derribo de todo aquilo que estaba nun estado máis que lamentable, e onde os pais e nais dos rapaces, e as categorías inferiores, e dun club, por certo, que ten xa moita solera na provincia de Pontevedra, porque leva practicando fútbol dende hai moitos anos, nos piden poñer en marcha esta instalación. Derribamos todo aquilo, mentres a empresa adxudicataria non fose, que foi semanas despois, se decidiu almacenalos alí, non á visión pública porque non tería ningún sentido, ata que chegase precisamente a empresa que vai facer a obra, que quero recordarlle que xa está adxudicada e xa está iniciada, aínda que polo que puiden ver na prensa xa lle roubaron algún tipo de maquinaria, gasóleo, etc., pero bueno, a pesares diso estamos facendo a obra, e iso é o que debían dalgunha maneira valorar, valorar o pésimo, a pésima xestión que fixeron mentres estiveron no goberno o Partido Socialista en coalición con, bueno, non se sabe se era en coalición ou se era en, había dúas alcaldesas concretamente alí. Iso é o que deben valorar, e os de Cuntis pasaranlle factura por iso, e os pais están esperando tamén a pasarlle factura cando teñamos o campo rematado, e en vez de dicir, oe, pois, aquí hai que ser sixiloso con todo o procedemento, hai que revisar que é o que van facer, como o van a facer, etc., pero en todo caso debemos aplaudir que alguén se acordara dun municipio, de facerlle unha instalación como Dios manda e non tirar co diñeiro público, como se tirou alí, durante os últimos dez, vinte, trinta anos que non se fixo absolutamente nada. Eu espero que con esta contestación lle quedase claro, de todas maneiras o invito a que participemos conxuntamente dunha visita se quere, vamos ata alí os dous, vemos o que estamos facendo nós agora e máis vemos como está o estado actual desa obra preciosa que fixeron o goberno bipartito, porque eran uns e outros, ¿non?, e ademais ata me acordo que fora un episodio moi interesante, porque, cando estaba a alcaldesa do Bloque, accidentalmente, pois ela quería correr para firmar o convenio sen que estivera a outra alcaldesa, a outra alcaldesa non estaba de acordo e entón houbo un lío “de las de Dios”, pero ó final, non sabe, e ó final quen saíu prexudicado foi o erario público porque tiraron cos cartos. Desas liortas políticas que hai, cando non hai unidade e cando non hai un partido que lidere, pois ó final son dous a mandar ou tres, non se sabe cantos. E iso pasa e está moi de moda últimamente. Espero que lle servira a contestación senón eu xa, a min como me gusta acudir moito sobre o terreo, pois cando queira dámonos unha visita ata alí. E de todas maneiras, dicirlle, que xa digo, os escombros están depositados xa nunha planta que hai para tal efecto no concello de Valga, que era onde estaba previsto inicialmente depositalos ata que chegara a empresa adxudicataria. Polo tanto, ten vostede a palabra. Sr. Veiga Soto.- Moitas gracias Sr. Presidente. Non teño problema ningún en acompañalo cando queira ó concello de Cuntis ou a calquera outro. Problema ningún. Sr. Presidente.- A este, a este. Sr. Veiga Soto.- A este ou a onde sexa, de verdade, pero esta forma de actuar que vostede me está comentando, pois, sóame tamén ó campo de atletismo de Tui, que está en abandono total, que non está utilizado por ninguén, a pesar do uso. Sr. Presidente.- Nós non o fixemos. Sr. Veiga Soto.- Ou, a problemas que teñen concellos que non son precisamente concellos do Partido Popular cando é necesaria unha axuda, para, ben sexa un mantemento dun campo ou unha actuación nunha festa popular, e non a teñen por parte desta Deputación, cando outros concellos desta provincia en mans de gobernos do Partido Popular si teñen esa posibilidade de tutela e de axuda por parte deste ente provincial. Entón, son moitas cousas Sr. Presidente, cando queira falamos a fondo de todos estes temas. Pero, vou a utilizar, ademais agora que xa non ten prensa para lucirse, … Sr. Presidente, non me parece normal. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, levantamos a sesión. Moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición