ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2012-09-07_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/2.2012-09-07_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2012-09-07_Extraordinaria

  • Data(s) 2012-09-07 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 24 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 7 de setembro de 2012 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día sete de setembro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión …ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.-Vamos a dar comezo a esta convocatoria de Pleno extraordinario. 1.6253.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primer punto da orde do día, Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, a ordinaria do día 29 de xuño de 2012. ¿votos en contra?, ¿abstencións?, ¿a favor? Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de xullo de 2012. a) Parte resolutiva: 2.6254.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE CRECENTE DAS FACULTADES DE RECADACIÓN NA VÍA EXECUTIVA DAS MULTAS COERCITIVAS A FAVOR DO ORAL Sr. Presidente.- Punto número 2. A delegación do Concello de Crecente das facultades de recadación, na vía executiva das multas das multas coercitivas a favor do ORAL. ¿votos en contra?, ¿abstencións?, ¿a favor? O Pleno do Concello de Crecente na sesión celebrada o día 26 de xullo de 2012 acordou a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) das facultades de recadación en vía executiva das multas coercitivas a favor do ORAL. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 4 de agosto de 2012 acordou aceptar e elevar ó Pleno Provincial para a súa aceptación definitiva a delegación efectuada polo Pleno do concello de Crecente para exercer as facultades de recadación en vía executiva das multas coercitivas a favor do ORAL. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que as citadas delegacións figuran dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación efectuada polo concello de Crecente para que a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) exerza as facultades de recadación en vía executiva das multas coercitivas. 2. Esta delegación do Concello de Crecente, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese as condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facultase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co Concello de Crecente así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do Concello de Crecente para exercer as facultades de recadación en vía executiva das multas coercitivas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.6255.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO 2/12 DO OAL “TURISMO RÍAS BAIXAS” Sr- Presidente.- E punto número 3, Aprobación do expediente de suplemento de crédito 2/12 do Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas, que teríamos que proceder á ratificación da inclusión deste punto no orde do día, xa que, non ten ditame previo, polo tanto , procedemos a ratificación da súa inclusión, ¿votos en contra?, ¿abstencións?, ¿a favor?. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días a todos e a todas.Hoxe traemos unha proposta de , de suplemento de crédito por un importe de 751.422 euros, me gustaría explicar este expediente de suplemento de crédito con certo detalle porque, creo que é un dos proxectos estrela, polo menos, desde que estamos este Equipo de Goberno desta Deputación. Me gustaría darlle a importancia que ten por que é unha importancia, para nós extraordinaria no senso de que estamos apoiando, promocionando e, eu creo, que pondo un valor, un sector, o sector turístico que , seguramente bueno, pasa de ser un sector importante para nós, para o noso criterio, a ser un sector estratéxico da Provincia de Pontevedra de cara aos próximos anos. Saben todos vostedes que nos facemos poucos suplementos de crédito ou modificacións crédito a o longo dos anos no Padroado de Turismos Rías Baixas, pero ,agora, nos vemos na necesidade porque temos un proxecto, eu creo que, relevante, un proxecto, dicía antes, estrela de cara o turismo dos próximos anos de aquí á finalización do ano 2013, polo tanto, tamén, é unha cuestión a corto prazo. En esta modificación de crédito vou a explicar e despois entrarei no fondo do tema, bueno pois, é unha modificación onde ,fundamentalmente, temos unha partida de 500.000 euros que a explicaremos, despois aproveitamos que esta é a base de este suplemento de crédito, senón houbese está modificación e esta proposta non habería este suplemento de crédito e, despois, aproveitamos a, tamén para, bueno pois, como temos unhas partidas que necesitamos para a hora de facer promoción de cara xa a o próximo ano, pois empezar a traballar. Tamén, hai unha partida que miran vostedes de unha cantidade de 160.000 euros que é, bueno pois, para intentar unha serie de deficiencias que nunca se corrixiron, incluso de accesibilidade, e de melloras do propio edificio do Padroado, que é un edificio….a conservar, que é un edificio que ten un certo valor patrimonial e histórico e que loxicamente hai que seguir mantendo , tanto interna como externamente, polo tanto, esa é unha partida que é unha cuestión puramente de inversión.Bueno, dicía que, este proxecto é un convenio coa Escola de Organización Industrial que é unha fundación que depende do Ministerio de Industria e, este é un convenio de colaboración, e dicir, son fondos europeos pero non son…pero non se traballan, e non se solicitan como os fondos normales. e dicir, dos proxectos que, bueno, que se abre un período e se fan as presentacións dos proxectos, aquí, bueno, dende o Departamento de Novas Tecnoloxías, en concreto a súa responsable, a persoa que levou este tema Ruth, pois, a través de informacións que recibimos, se enterou que había posibilidade de que, firmando un convenio había diñeiro suficiente porque non o pediran outras Administracións, nin outras entidades e , bueno, é había unha cantidade próxima os 2 millóns de euros que si, nós, poñiamos 500.000 nolo concedían en base a un proxecto que agora lles vou a explicar, é un proxecto de aplicación de novas tecnoloxías para o sector turístico e, tamén , nós , entendemos que despois tamén o podemos comentar que tamén seria bo aplicalo, amplialo dentro do que pode ser o campo do turismo ,tamén, ao propio comercio, en definitiva, sería un proxecto para mellorara a tecnoloxía, a innovación e requirir novos desembolsos económicos para que, todo o relacionado con novas tecnoloxías se poida aplicar ao turismo. Porqué tomamos a decisión e pensamos que é fundamental, de cara aos próximos anos, porque bueno, eu creo que, tamén podemos aproveitar hoxe para facer un repaso do que fixemos dende está Casa co Turismo, e dicir, moi brevemente, pero facer un repaso porque hai que buscar unha explicación e un argumento porqué acudimos a este, a este proxecto. Nós, cando chegamos aquí, este Equipo de Goberno, presidido por Rafael Louzán, analizamos que posibilidades había de que sectores podían necesitar da potenciación da Deputación de Pontevedra e, entendiamos que, ao marxe de outros, que basicamente, non vou a relatar aquí, pero co sector turismo, no sector do turismo sería un sector a potenciar e, ademais, un sector importante que xa tiña a nivel económico un retorno fundamental, para iso, se fixo un estudio, un estudio con un plan director, un plan directo que se foi aplicando nos últimos 8 anos donde, loxicamente, aquí tiñamos unha oficina, no outro edificio, alquilada, con dúas becarias, tres becarias, creo que había cando, cando chegamos nós, non había nin técnicos ao fronte de, dese departamento e, bueno, se tomo unha decisión , un organismo autónomo, ademais, que xa ten 26 ou 27 anos de historia e, e que bueno pois, esas dúas ou tres becarias eran insufientes para, loxicamente, facer ou chegar aos obxectivos que nós nos marcabamos que era potenciar o sector do turismo porque entendiamos que era unha fonte de riqueza importante para a nosa, para a nosa provincia. A partir de aí, se puxo en marcha a compra do, do edificio do Palacete das Mendoza, creo que foi unha compra, naquel momento, que resultou moi favorable para os intereses desta Casa, un salto a nivel de inversión pero, sobre todo, a o nivel do servizo que prestou durante estes últimos anos e que vai a seguir prestando e, ademais, como titularidade da propia, da propia Deputación. Creo que é un referente, hoxe xa, a nivel non nin local, nin provincial, nin autonómico senón a nivel nacional, donde hai poucos organismos ou poucas institucións que teñan unha referencia desta magnitude, a partir de aí, tamén, dotamos de medios humanos, pois, a este sector, a este servicio, e bueno pois, fixemos, constituímos a figura da xerencia, diversos técnicos e, a partir de aí, empezamos a traballar, empezamos a traballar, bueno pois, primeiro creando o Observatorio Turístico, un observatorio donde hoxe facilita datos e ten certa credibilidade agora de emitir eses datos e, tamén, a través de enquisas contrasta un pouco cal é a situación que vivimos no turismo ano a ano e mes a mes, están aí os datos e, ese traballo, é un traballo ben feito. Marcamos como obxectivo tamén que este destino fose un destino de calidade . loxicamente, eu creo que aí e donde está a cuestión básica de, do presente e do futuro do turismo na nosa provincia, tivemos claro, tamén, que había unha cuestión, que había que concretar que para nós, era importante que ese destino de calidade, ao final,se vese refrendado por o apoio do sector privado, nos entendemos, que ten que haber unha boa relación e cooperación entre o sector público e o sector privado e aquí, o sector privado entendeu , tamén, que había que facer inversións e que esas inversións redundarían en beneficios a corto, a medio e a longo, e a longo prazo, e o fixeron, eu quero recoñecer , aquí, publicamente, bueno pois , que a mellora dos servicios, a mellora das instalacións, eu creo que , hoxe, podemos dicir que nas Rías Baixas e no sector turístico, hoxe, temos uns servicios, creo, que a un nivel medio-alto, xa, a nivel nacional. Por iso, agradecemento ao sector privado porque, ese esforzo, está aí. E en terceiro lugar, entendiamos que algo algo fundamental que era ter unha marca, hoxe , se non tes marca, pois, as cousas non van ben, e dicir, loxicamente, Provincia de Pontevedra era unha cuestión moi xenérica e, nós, entendiamos que Rías Baixas era denominación do noso destino, loxicamente tamén, contemplando que tamén fixemos un esforzo, que as Rías Baixas non significaran , única e exclusivamente, o que é so a costa e o litoral e, aquí, eu sempre me acordo das primeiras conversas que tiven co meu compañeiro Crespo, onde me dicía que o interior tamén existe, é unha frase que me quedou gravada, sempre e, por iso, puxemos en marcha unha campaña de que o interior tamén existe nas Rías Baixas e de que as Rías Baixas, tamén é, tamén é interior, que creo que, bueno, tamén era importante e que , ademais, el foi un defensor desa idea que, sempre, mantivo e que, loxicamente, para nós , era fundamental.Había unha eiva, tamén, importante que, cando preguntabamos qué significaba o turismo na Provincia de Pontevedra non había datos, non había datos pero, en ningunha Administración, ni na propia Deputación, nis mos propios concellos, nin na propia Xunta de Galicia, ni incluso nos Institutos Nacionais de Estadística, tampouco a nivel nacional, nin en Tour España e, que fixemos, nós encargamos un estudio hai 3 anos, 2 anos e medio a Escola de Negocios de Caixanova e , aí, e onde, xa, confirmamos, definitivamente, que o sector turístico non era un sector mais, que para nós e un sector estratéxico na provincia de Pontevedra e, eu, diría que en Galicia. Bueno, eses datos son relevantes que algún de ustedes os coñecen, donde dan datos moi significativos, que significa o 12% do PIB da Provincia de Pontevedra, o sector turístico, que da emprego a mais de 40.000, ou a 40.000 persoas e que é un sector que está aguantando a crise mellor que outros. Bueno pois , nestas cuestións, todas, nos seguimos facendo promocións, fixemos unha serie de programas e atracción que, loxicamente,agora, tampouco é cuestión de dalos con detalle, eu, creo, que se fixo unha xestión dende esta dirección e dende a presidencia, de unha maneira especial, algo que estamos convencidos e, o final, nos está dando a razón de as políticas e as estratexias que hai que seguir cos aeroportos, creo que se fixo desde esta Casa, algo que, agora, parece que esta olvidado, pero que Air Eupopa esté operando desde Peinador é, unha xestión persoal do noso presidente e que, bueno pois, esa forma de entender como temos que tratar as liñas aéreas, bueno pois, agora, nos está levando a que nos xa vemos denunciando que non se deben as liñas de baixo coste, o dixemos por activa, por pasiva, hai 3, 4 ano, hai 1, hai 2, sempre, o vemos manifestando donde, nós, entendemos que hai un erro tremendo donde se están potenciando as liñas de baixo coste que o final o que está é prexudicando e, loxicamente, o mercado e a oferta e a demanda que, nos entendemos, que ten que haber en canto a vuelos e a liñas aéreas. Tamén, entendiamos que , tiñamos que implantar algún sistema de calidade e, así, o fixemos a través de un programa que se chama Sittec, donde temos, agora mesmo, mais de 140 empresas, fomos pioneros a nivel nacional como institución en participar neste programa, hai , agora mesmo, empresa de todo tipo que teñen este sistema de calidade, de a restauración, de hoteles, campings, incluso hai taxis , xa, que é outra maneira, tamén, de entender e é un sector que , dunha maneira clara, se ve favorecido por, por o turismo e, bueno creo que, as Rías Baixas, hoxe, podemos estar, home, non satisfeitos a o 100% pero, razoablemente satisfeitos do traballo e o destino que temos, destino de calidade, donde, pois, superamos, hai 2 anos, o millón e medio, 1 millón 200 mil viaxeiros, turistas e con mais de 2,5 de pernoctacións. E ¿porque digo todo isto?, bueno, porque este é un traballo que , creo que é fundamental, pero, agora, que detectamos, que detectamos, para seguir mantendo esa calidade, para seguir mantendo que o noso destino sexa un destino de calidade, para seguir mantendo que sexa un destino estratéxico, necesitamos que, bueno pois, que hai unha prioridade,unha demanda, hai unha petición, hai unha liña que ,creo que, é o futuro, que é todo o relacionado coas novas tecnoloxías. Hoxe as reservas, maioritariamente, se fan a través de internet, se fan, tamén, a última hora, a información se recibe a o segundo, hai un caso concreto, agora, hai un rato que me pediron os medios que lles explicara un pouquiño este proxecto, hai un tema, hoxe, por exemplo aparece unha foto, unha foto de un futbolista, resulta que Piqué chega a o hotel onde está hospedado e fai unha foto, bueno, fai unha foto e fai un comentario: “magnifica ría , magnificas vistas”, bueno pois esa foto , hoxe, está colgada en todo o mundo. En tempo real, é dicir, o minuto seguinte, o segundo seguinte e bueno pois…ese é o exemplo do que significan, pois, as novas tecnoloxías, é dicir, que a repercusión que ten é inmediata, e nos, que queremos estar, a vangarda, ser pioneros como fixemos no sistema de calidade, pois a nivel provincial e a nivel das Rías Baixas. E aquí e donde se configura este, este proxecto de cara , de cara ao futuro, ver que posibilidade de facer un estudio, un diagnóstico de cal é a situación que nos encontramos a nivel privado que ,aquí, temos que axudar a todo o sector turístico e tamén a os comercios, de facer, bueno, un diagnóstico de cómo temos a situación relacionado cas novas tecnoloxías e a informática, e todo o relacionado coa innovación e o desarrollo, eu creo que, esta é a primeira fase, a segunda é concienciar a todo o sector de que isto é fundamental e, loxicamente, despois poñer en marcha e desarrollar este proxecto. Na parte privada eu creo que o temos claro, eles ,tamén, o teñen claro be, sobre todo, tamén, enfocalo dende a iniciativa pública para que todos os concellos poidades ter ferramentas ou poidamos ter ferramentas de información directa a través de novas tecnoloxías, enquisas, facer reservas, e dicir, bueno, o que xa todos coñecemos e que, loxicamente, eu creo que e unha demanda real e un proxecto que ,por iso, nos dicimos que é estrela para cerrar, pois, esa idea ou esa programación que nós temos previsto seguir potenciando o sector turístico. Estamos falando de unha cantidade moi importante de 2`5 millóns de euros e , dende, logo, eu creo que pode ser, pois, unha fase final de destes 9 anos que levamos agora, con un mais en 12 anos, pois cerrar, e concretar o apoio a un sector que, volvo a repetir, me gustaría que todos nos mentalizásemos que , hoxe, e moito, moito, moito, mais importante do que todos podemos percibir, dende logo, me da a impresión de, cómo están as cousas, seguramente, a o mellor dentro de uns anos é o sector clave para a economía da Provincia de Pontevedra e para Galicia, eu, vos agradezo a atención que tivestes, vos desculpo se me prolonguei un pouco, pero creo que bo que todos nos enserviciemos e vos pediría o apoio por unanimidade deste proxecto, por que creo que, este, é un proxecto de todos non é un proxecto de un grupo nin de un goberno, eu, estou totalmente convencido que todos os grupos que estamos aquí entendemos que o turismo é o futuro da, da nosa provincia, haberá matizacións , evidentemente, cada un ten a súa, a súa definición ou a súa concreción política pero, en calquera caso, eu creo que si todos e, tamén o digo, eu sempre que levo 9 anos presidindo este organismo sempre tiven o respaldo de todos os grupos, creo que ne turismo, pois, a parte de que poida haber , loxicamente, diferenzas de criterio pero, na maioría dos casos, os proxectos sempre saíron por unanimidade, nos gustaría que , este, fose un deses proxectos e, sobre todo, por que estamos a falar que vamos a recibir 2 millóns de euros e nos vamos a aportar solo 500.000 co cal un proxecto de 2`5 millóns de euros e unha cantidade moi, pero que moi importante e, en calquera caso, estamos abertos, a partir da firma deste convenio, a s suxerencias de calquera grupo que queirades facernos ou ideas que nos poidades plantexar para mellorar o proxecto en sí. Moitas grazas e, bueno, pedirvos desculpas, seguramente, me estendín demasiado. A partir deste momento preside o Pleno o Sr. Crespo Iglesias por ter que ausentarse o Sr. Presidente. Sr. Crespo Iglesias.-Moitas grazas Sr. Figueroa. Ten a palabra Mosquera. Sr. Mosquera.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. A urxencia da…., vamos, votamos a favor da urxencia deste expediente, por motivos obvios porque este son fondos europeos do período, neste período acaba no 13, co cal teremos que…en fin, canto antes, votar a andar, non?, por tanto se é urxente e os prazos apuran tanto que se Sr. Figueroa segue falando non lle van dar tempo xa eh…Outra voltiña e, xa, se non acabou o prazo e nos quedamos sen 2 millóns, verdad?....ten que estar todo , en principio, vamos, en marcha, adxudicado no ano 2013, aunque hai esa prorroga, andamos moi, moi, moi apurados, polo tanto, non se extenda por igual, igual lle marcha o tren , non?, con tal, con tal perorata, ben. E en segundo lugar, eu supoño que, despois, de esta ampla disertación que nos fixo, con tanto entusiasmo, que hasta parece que descubriu vostede o nome Rías Baixas e Patronato Rías Baixas e demais, pois, supoño, quero entender, que esto suporá que este organismo autónomo non vai a desaparecer, que cambiaron de idea e non vai a desaparecer, porque despois desa, desa, perorata, parece claro, parece claro, cousa que, por outro lado, sempre defendemos, e primeiro que ben que exista ese organismo autónomo que nos supón ningún sobre custe para a Deputación e en segundo lugar, o que é unha política de promoción, bueno, turística neste caso, ou económica en xeral, pois é bo, que este mais ben, tecnificada, cousa que , en xeral, está, aunque con certa discusión a que sexa obxecto de debate político, todos os, todos os días cousa que non é, en xeral, pode, pode non beneficiar non?, polo tanto, supoñendo e entendendo que isto vai ser manter o organismo e demais, pois ,nós, vamos a votar a favor da modificación. Sr. Crespo Iglesias: Moitas grazas Sr. Mosquera. Ten a palabra José Antonio Cacabelos. Sr. Cacabelos Rico.- Ben, moitas grazas. Bos días a todos e a todas, bos días Presidente, compañeiros. Ao inicio desta lexislatura, o Grupo Provincial Socialista, que participamos no Consello de Turismo Rías Baixas, demos o beneficio, outorgámoslle o beneficio da duda ao Partido Popular porque compartimos que o sector turístico e unha das pezas económicas, do modelo económico desta Provincia importante. Hoxe, temos que dicir eu, persoalmente, teño que dicir Sr. Figueroa que é decepcioante como esta levando esta cuestión. A decepción ben porque en política e os medios de comunicación están moi ben e as roldas de prensa que vostede pode dar para explicar proxectos están moi ben pero este pleno é política, somos políticos e temos que falar de política, en política é tan importante as formas como os fondos , y en canto as formas queremos denunciar hoxe, aquí, publicamente que non se están a cumprir, nos está a pedir ,hoxe, un apoio, nos reclama que isto é importante, que é interesante, que é un proxecto marabilloso y aquí non vimos a facer actos de fe, aquí vimos a tomar decisións políticas en base a unha información, información que , hoxe, non temos, o que non pode solicitar o Partido Popular é que fagamos actos de fe, os actos de fe son para outros momentos, pero non para a política, nos están a dicir, hoxe, aquí, este martes pasado tivemos reunión de Turismo Rías Baixas, houbo un pequeno plantexamento técnico de cómo se podía encaixar algo que hoxe nos días que isto é unha modificación, suplemento de crédito 720.000 euros , despois da súa intervención que, vostede mesmo, recoñece que foi longa, a este momento, O Partido Socialista o Grupo Provincial, non sabemos para que é, nos di que van a adicar 500.000 euros para un proxecto de aplicación de novas tecnoloxías no sector turístico, que son 500.000 euros que forman parte dun importe maior de 2 millóns e pico de euros de un proxecto europeo e nos pide que apoiemos este proxecto, xa falara de ter unha reunión cos voceiros para ofrecer información, de xeito que cada un podamos posicionarnos antes estas decisións. Fai unha defensa, porque, creo que non ten moitos argumentos,para defender este proxecto ou non o quere dar, porque, ao mellor, xa os adiantou a prensa e claro, sempre e mellor falar ca prensa que cos partidos políticos e, a verdad, vemos aquí, a iso a dar un voto de confianza mais que un voto político a un proxecto. E nos empeza a falar do turismo e fai un relato deste últimos 8 anos, 12 anos desde que vostede esta ao fronte do Turismo nesta Deputación, coa compra do edificio, moi ben , todo eso perfecto, despois xa que entra no turismo, fagamos unha análise de como esta o Turismo Rías Baixas, no día de hoxe. E eu non sei en que mundo vivimos pero, dende logo, os datos que este grupo provincial empeza a recoller no sector do turismo, non coinciden, para nada, no que nos acaba vostede de expoñer. Dicirlle que desde logo os datos que nós temos nos din que é o peor ano turístico dos últimos 20 anos, lle convido a que fale co sector, que fale co sector hoteleiro, que fale cos empresarios da hostelería e que recollan esa información porque din que , tamén, desde as novas tecnoloxías e se poñen en marcha formulas de recollida de datos, non sabemos que datos son, peor ano dos últimos 20 anos e ocupación hoteleira, no mes de xullo e agosto do 50% respecto dos anos anteriores e o ano anterior xa non fora moi bo y os propios hoteleiros, as propias asociacións de hostelería8 , lle falo con coñecemento de causa, por exemplo na Comarca do Salnés, aventuran o peche de bo número de negocios hoteleiros para este inverno, polo tanto, a situación da hostelería e do turismo, na Provincia de Pontevedra non é para votar cohetes, se me permiten a expresión, e adía de hoxe é con visos preocupantes respecto ao futuro e estamos a falar e, iso si o compartimos, dun sector económico fundamental, importante na economía provincial, na economía da Provincia de Pontevedra e, concretamente, nas comarcas do Salnés, ou na zona de Vigo, Baiona e, en xeral, nas Rías Baixas e un sector, co mar, posiblemente os dous mais punteiros a nivel económico. E a realidade e tozuda e a realidade nos di que, os datos económicos deste pais, todos os sabemos o consumo está baixando e o turismo se está vendo afectado, se primeiro foi a construción, case, case, me permito aventurar que o próximo vai a ser o turismo. E ,hoxe, tiñamos que estar reclamando ,aquí, de políticas activas de promoción e de favorecemento da actividade turística e nos estamos atopando con propostas a galería vendidas polo Partidos Popular pero pouco efectivas a nivel real e, si me permiten, ofrecerlle algúns datos, se esta falando de que o sector turístico en Pontevedra é dos mais importantes a nivel económico, acaba de dicir o Partido Popular pero resulta que o Partido Popular lle sube o IVE o sector turístico, de aplicación desde o sábado pasado, ¿Cómo se conxuga iso?, ademais da subida do IBI que se empeza a aplicar en todos os concellos, tanto aplicado polo goberno de Madrid, como a maioría dos concellos, por certo, como é unha realidade tamén, a maioría dos concellos do Partido Popular, iso que me expliquen, ¿como pode axudar a promocionar o turismo?, ademais , no Salnés, tamén falo con coñecemento de causa, se pon en marcha un proxecto que os sector hoteleiro, ninguén entende,ninguén entende, na zona, un proxecto chamada As Pousadas que o que son é unha competencia directa co sector turístico, o sector turístico hoteleiro que está tocado, que está tocado, porque sabemos que cando baixa a actividade económica, cando baixa o consumo uns dos primeiros que se afecta é o , e o sector turístico. Y non son cuestións que nos esteamos a inventar o Partido Socialista, hoxe aquí, son datos que, a día de hoxe, nos van trasladando as asociacións de hostelerios da Provincia de Pontevedra, aventuran un inverno moi complicado, moi difícil para este sector e aventuran un ano 2013 tamén difícil, así pois, as alegrías que nos traslada o Partido Popular co seu discurso non coincide coas realidades, hoxe en día , temos que dicir, que no sector turístico hai mas emprego que outros anos, aquí en Pontevedra, que dende o 1 de setembro temos a subida do IVE en toda a Provincia de Pontevedra, en toda Galicia e en todo o Estado Español, subida do IVE que repercute, claramente, na actividade e no coste final que suportamos os consumidores no ámbito da hostelería que iso se complementa coa subida de impostos locais e do IBI do Estado e dos concellos, polo tanto, o que solicitamos son políticas activas de turismo, e menos políticas de cara a galería. Como comprenderá, este Grupo Provincial, non fai actos de fe, este Grupo Provincial, quere axudar a levar adiante políticas activas que promovan, que relancen, que reactiven sectores económicos, neste caso o sector económico do turismo, importantísimo nas Rías Baixas, importantísimo e Pontevedra pero, dende logo, entenderá que non podemos votar a favor dun suplemento de crédito, dunha modificación cando ,tampouco, se nos explican de onde saen os 500.000 ou os 720.000 euros porque e´que non temos información. Hoxe se trae esto de urxencia , aquí, desde o martes ata hoxe, pasan 3 día, consideramos que hai tempo, mais que sufiente para chamar ao voceiro do Grupo Provincial Socialista, para dicirlle: “….vamos a reunirnos, vamos a compartir información…” e lle garantizo que, con estas simples condicións que lle poñemos enriba da mesa, este grupo estaría moi a favor de apoiar todos estes proxectos. Pero Sr. Figueroa, actos de fe, no, nos di e ,eu, o dato que teño é, Proxecto para a aplicación de Novas Tecnoloxías no Sector Turístico, 500.000 euros, pois tampouco estamos falando de unha cantidade económica baladí, un pouquiño mais de información, un pouquiño mais de información, a partir de aí, dicirlle que lle tendemos a man para todos os proxectos do sector turístico que desde a Deputación se queiran poñer en marcha, promocionar, incentivar pero, desde logo, o que lle pedimos e colaboración, participación porque , como lle dixen un día, no propio Consello de Turismo, entre todos , creo, que podemos alimentar e podemos ofrecer cuestión positivas para que redunden en beneficio do que ,creo, que todos estamos traballando , que son os cidadáns, e neste caso o sector hoteleiro de Pontevedra. Lamentablemente, co que nos acaba de trasladar, dicirlle que hoxe nos vamos a abster porque non podemos apoiar algo do cal, non temos a mínima información para poder tomar un posicionamento político. Moitas gracias. Sr. Crespo Iglesias.- Moitas gracias Sr. Cacabelos, ten a palabra José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, vamos a ver. Con respecto al Bloque Nacionalista Galego, dicirlles que non só non imos a mantelo nin imos a cambiar de criterio, senón que vamos a manter o criterio e a máis nos reafirma totalmente nos últimos meses que a mellor decisión foi a que se tomou de a supresión dos organismo autónomos e que este organismo dependese directamente, administrativamente dun servizo da Deputación, un servizo de Turismo e Comercio que se está potenciando e que ó mesmo tempo, bueno pois xa miran vostedes, que ,xa, xera un dos primeiros proxectos a moi cortiño prazo, polo tanto nós imos a seguir mantendo, me gustaría deixar claro isto, a marca “Rías Baixas”, porque a marca “Rías Baixas” é unha marca que está consolidade é unha marca que está potenciada, que a imos a seguir potenciando, pero aquí o único que se trata é dunha cuestión do que falan de manter ou non un organismo é dunha función administrativa, e dicir, que en vez de ser un organismo pois é un servizo e iso non ten repercusión de cara ó exterior nada, nada de nada, e dicir, o que queira trasladar á opinión pública de que ten repercusión é totalmente falso, en vez de un organismo autónomo o xestiona un servizo, punto, e se en vez de a decisión de tomalo a decisión nun consello se toma nunha Xunta de Goberno ou se toma no Pleno, como procede agora aquí, nada máis. A marca “Rías Baixas” e a marca dos outros organismos que teñen o seu prestixio e os servizos se seguirán mantendo exactamente igual, igual que o Museo, igual que o ORAL e igual que todos os demais, polo tanto eu creo que non sería bo confundir a nadie, non vai a desaparecer a marca “Rías Baixas” senón que a imos a potenciar todavía moito máis pero hai unha cuestión puramente administrativa. Mire, e complicado a veces contestar a cuestións que, bueno actos de fe, mire actos de fe dous millóns e medio de euros, ese é un acto de fe, a min me gustaría trasladarlle iso os veciños e as veciñas, este é un acto de fe importante, dous millóns e medio de euros son case 500 millóns, catrocentos e pico millóns das antigas pesetas, e ¿sabe por qué?, porque ese servizo que algúns critican pois ten responsables e ten persoal cualificado que isto podía telo facelo calquera administración, pero non se enteiraron, non se enteraron, pois que sorte tivo a Deputación de Pontevedra de ter un servizo onde se enterou que había esa posibilidade, e non so iso, facer os contactos necesarios para que isto se concedese a través dun convenio, porque isto é un convenio e isto está totalmente pechado, e como comprenderá este convenio hai que desenvolvelo e cando se desenvolva evidentemente estaremos abertos, porque estará aberto tamén a Escola de Organización Industrial para que poidamos plantexar as melloras e desenvolver o propio proxecto, mire o proxecto de momento é un convenio de colaboración, nada máis, que loxicamente ten unhas condicións, marca uns criterios e marca unhas liñas a seguir e a partir de agora haberá que desenvolver este proxecto. Políticas activas, proxecto de tres millóns e medio de euros. Pousadas, outro proxecto europeo, ese non é política activa nin Programa Activa, dez millóns de euros, creo que é así ¿non? ¿ou é máis?, son dez millóns de euros que se acadaron dunha petición que se fixo dende a Deputación de Pontevedra, tamén dese servizo para un proxecto de accesibilidade ¿saben cantas persoas hai en España con problemas de accesibilidade detectadas e que estean nos números?, superan os tres millóns de persoas, este é un mercado que ten unha rendabilidade tremenda, non so a niveis de servizo que non se presta, senón a través de retornos económicos porque os estudos din que estas persoas con estas deficiencias teñen uns niveis de vida medio, medios altos, ese é un mercado que hai aí, que ninguén o explotou nin ninguén o imaxinou, ninguén se imaxinou que ía a ter unha posibilidade importante económica. Bueno, pois cento cincuenta habitacións, que ademais é unha das deficiencias, que está detectado neste estudo que temos onde habitacións e hospedaxe para persoas con discapacidade teñen moitas dificultades, pois resulta que a provincia de Pontevedra vai a ser pioneira a nivel nacional, de ter catro pousadas con fondos europeos, repito, catro pousadas con fondos europeos, máis de dez millóns de euros resposta unha oferta de 150 camas para tres millóns de persoas, quédense con esto, mire que é importante, claro, seguramente ninguén tivo a imaxinación de poder plantexar que esto era unha oportunidade, cando chamamos a hoteis moitos non teñen posibilidade de dar resposta á demanda que plantexa a xente que ten discapacidade, e bueno pois a provincia de Pontevedra vai a ser pioneira, e por riba con custe cero para esta casa con dez millóns de euros de inversión de fondos europeos e a maiores imos a dar cobertura dunha demanda que hai de tres millóns de persoas a nivel nacional con 150 camas. Eu creo que, home a situación económica evidentemente é complicada pero seguramente o mellor plan estratéxico que podería presentar o Partido Socialista era non haber gobernado 8 anos, porque cada vez que goberna fai unha desfeita e esa desfeita despois hai que resolvela, entón se olvidan vostedes, parece que se olvidan que gobernaron 8 país e como deixaron este país en quiebra, parece que se olvidan, eu dende logo se pertencera o Partido Socialista intentaría por riba deste discurso, pero en calquera caso, evidentemente que a situación económica afecta a todos os sectores, pero si hai un sector que aguanta, si hai un sector que aguanta sigue sendo o turismo, e claro que nós falamos, eu case a diario con todo o sector, claro que estamos preocupados, claro que hai dificultades, evidentemente que hai dificultades, evidentemente que os anos, houbo anos moito mellores pero tamén é certo que o sector está aguantando a crise, é unha previsión que había dunha ocupación media do 60 % que era unha ocupación pois razonable, pois lle podemos adiantar que ese dato se vai a superar cando finalice o verán que nós calculamos sempre o estudo do 15 de xullo ó 15 de setembro, e tampouco e difícil criticar coa promoción que se está facendo nestes momentos da Rias Baixas e da provincia de Pontevedra que non hai políticas de promoción, senón todo o contrario, se hai un esforzo, se hai unha administración que está facendo un esforzo agora mesmo é a Deputación de Pontevedra e proba delo e a repercusi´n que se está tendo, o retorno que se está tendo a nivel nacional e a nivel internacional tanto coa Volta Ciclista a España que vostedes mesmos criticaron, co partido da Selección que vostedes mesmos criticaron, e dicir é complicado a veces cando un ven de Vigo a Pontevedra que son só trinta quilómetros, quince minutos ou vinte minutos de autopista, que chegue un e poña unha emisora de radio local de Vigo e digan os socialistas de Vigo protestan porque a Selección xoga en Pontevedra, pero cambia o dial e sintoniza unha radio local de Pontevedra, e din os socialistas de Pontevedra critican que a Selección Española estea en Vigo, é complicado, bueno complicado non, é entendible porque ,claro, que o seu candidato non sexa capaz de conseguir o número un de votos da provincia de Pontevedra para presentarse é difícil eso entendelo, pero é así a realidade, e a min esto eu creo que hai que trasladarlle os veciños e as veciñas, porque claro dicir o mesmo ou decir distinto entre Vigo e Pontevedra é complicado, escoitamos ós Socialistas falar da Volta a España depende de onde vivan, que complicado, xa somos poucos, estamos dispersos e todavía por encima onde viva cada un ten un discurso distinto, pois nós temos o mesmo, mire eu son vigués e estou moi, moi, moi, moi orgulloso da Volta a España, moi,pero que moi, non se pode imaxinar….. sinto satisfacción porque me chaman meus primos de Asturias e doutros lados e me din “¡Que magnifico!”, pero non se fixa se pasa polo límite de Coruxo ou entra polo límite de Redondela, ou vai a Chapela o que se fixan é que a Volta a España viu á provincia de Pontevedra e viu ás Rías Baixas, ese é o concepto que debemos de ter todos, ese é o concepto que debemos de ter todos, pero claro, é complicado, é complicado que se digan cousas distintas, a Selección ,se chega a Vigo malo, se chega a Pontevedra peor, se xoga en Vigo peor, pero mire ¿sabe o que lle digo?, que grazas ás xestións e ,ademais, con custe cero, eso é a parte máis positiva, a Selección con custe cero, ¿sabe o máis importante? Que o Presidente noso desta Casa, xa está traballando para que exista outro partido aquí na provincia de Pontevedra, mire eso é o importante, uns criticando e outros traballando, e dicir, uns construíndo e mellorando e outros destruíndo, pois ,eu, que quere que lle diga, eu, me quedo cos que constrúen, cos que melloran e cos que fan cousas, eu creo que eso é o importante. Mire, onte, onte había na cidade de Vigo, tres cruceiros con mais de 15.000 persoas, 15.000, 10.000 de cruceiristas e 5.000, e 5.000 de tripulación, e ¿sabe cal foi o dispositivo do Concello de Vigo?, ningún, ningún, da igual, o turismo non significa nada, é mais importante criticar e ser o hazme reir en toda España por quitar unhas banderolas de información, iso é o mais importante, e mais importante criticar unhas banderolas que poñen para informar aos cidadáns que dar respostas a 15.000 persoas que chegan a uns, a un porto como o de Vigo, claro, é difícil, claro, porque algúns, algúns , fai anos, donde onte atracou o Queen Mary, o Queen Mary, o Queen Mary é un barco que leva aproximadamente , pois, 6.000, 7.000 persoas, é o segundo, o segundo maís grande do mundo, pois atracan en uns duques de alba, que eu non sabía que eran os duques de alba, sabía da historia dos Duques de Alba, pero non sabía que, en infraestructuras había unhas pezas que se chamaban duques de alba, bueno pois, hai unha persoa que é Alcalde actualmente que antes era presidente de un porto,que dicía que esos duques de alba eran antigos, trasnochados, que non servirían para nada, que era para tirar o diñeiro, bueno pois, onte, eses duques de alba posibilitaron que ese transatlántico atracara no centro da cidade e non tivera que ir a un muelle a Bouzas , ou a un muelle ao Areal, bueno pois, eso é o que nos defendemos, nos, defendemos esas politicas, a de que veñen cruceiros, a de que veña a Selección Española, a de que veña a Volta a España, ao que fagan o Campionato de España de Triatlón o Concello de Pontevedra, que hai que felicitalos, tamén, hai que felicitalos, que eso é bo, é bo para o turismo, para sumar todos, é bo que o Concello de Pontevedra, nos poñamos 150.000 euros e eles poñan 90.000 e bo, eso é bo, quere dicir que estamos na mesma liña e iso que é difícil, porque estamos en liñas ideolóxicas antagónicas per, cando falamos de proxectos que nos interesan a todos, nos sumamos, pero o Partido Socialista, parece que, parece que está ao marxe.Bueno, en definitiva, o acto de fe, o acto de fe, se chama 2,5 millóns de euros, se chama un proxecto de innovación , de novas tecnoloxías, de eficiencia, de facer un diagnostico da situación e de mellorar o servizos que queremos, que queremos para o turismo. Moitas grazas. Sr. Crespo Iglesias.- Moitas grazas. Ten a palabra Cacabelos, José Antonio. Sr. Cacabelos Rico.- Moitas grazas, Presidente. Sr. Figueroa, decepcionante e, agora se me deixa, ademais, preocupante porque, vamos a ver, vólvolle a insistir, sei que non lle gusta, hai un mago chamado David Copperfield, moi famoso polo escapismo e, se me permite, e non me o tome a mal, voulle a chamar, a partir de hoxe, o David Copperfield da política a nivel provincial, escapa vostede, balóns fora, pero non vamos a discutir do que se trata. Eu lle digo que un acto de fe é e voulle explicar, voulle explicar, xa que todo o que ven de aquí, tómano a risa, é preocupante que nun debate político dun Pleno da Deputación se tomen cuestións a risa pero, voulle, a diferenza de vostede, que non explica e non nos explica , eu, voulle intentar explicar. Para min, a política se basea en tomar decisións e as decisións se basean en información, si non existe información non se poden tomar decisións, non se pode facer política e eu lle digo que un acto de fe e o que vostede nos esta plantexando hoxe ,aquí,nos di que ten un convenio e, o convenio , terá que ter un contido, terá que ter uns obxectivos, terá que ter uns plans, terá que ter un proxecto, o que vostede nos esta dicindo e isto que lle estou amosando, un papel en branco onde pon 2,5 millón de euros e agora, aquí, a apoiar todos, de verdade, que non nos pode dar catro datos, de que vai a consistir este convenio e nos pide ao Grupo Provincial Socialista que apoiemos isto, un papel en branco con 2,5 millón de euros. Se ,así, é como actúa, o que lle digo é que me deixa preocupado, ademais de decepcionado, solo faltaría que, co persoal que ten a Deputación de Pontevedra un dos seus obxectivos non fora buscar e obter proxectos, aí estamos, eso é o que teñen que facer os técnicos, para iso están, faltaría mais, o que lle queremos trasladar e bou a ser reiterativo nesta demanda é que este Grupo Provincial Socialista lles pide, lles solicita información, que en esta Casa, sabemos, que é algo preocupante, información. Falamos de desenvolver políticas activas, home, a ver, o desconocemento da Lei non exime do cumprimento dela, nos está falando do proxectos das Pousadas, mais de 10 millóns de euros, proxectos, cartos públicos para dar en concesións privadas a empresas, negocio redondo para as empresas, fala de 150 camas, nunha ocupación hoteleira no Salnés, onde, soamente, no Grove hai mais de 3.000 e nos día que vai cubrir unha demanda de 3 millóns de persoas con discapacidade, pero mire, e que a Lei e, vostede, e responsable provincial de Turismo, ten que sábelo, obriga aos establecementos hoteleiros a adaptarse a seguridade, por favor home, pr favor. E non, agora ven a Deputación a dicir:”….vamos a traballar na accesibilidade….”, no, todos, os establecementos hoteleiros se teñen que facer unha adaptación á accesibilidade, polo tanto, teñen que cumprir, polo tanto Sr. Figueroa, os hoteles nas Rías Baixas, en Pontevedra, en Galicia e en España teñen que cumprir os requisitos de accesibilidade, non nos veñan a vender un segmento do mercado que xa está feito, aquí, a maiores, o que estamos vendo é, un negocio que unha concesionaria se vai a levar con cartos públicos.Esperemos que chegue o memento de discutir iso porque, por certo, este deputado que lles fala ten solicitado , reiteradamente, información sobre as Pousadas en esta Casa e, aínda, estou esperando a que me permitan acceder ao proxecto. Lamentable, falta de información, e nas bancadas populares o que lles estou dicindo provoca risa ou lamento, ou lamento, non estou a falar de chistes e, ademais, mire, cansa moito, cansa, xa, moito e iso demostra falla de argumentos que empezar ,xa, a ter o Partido Popular, cando a culpa de todo o que está pasando é do Partido Socialista, cando, hoxe, están onde querían estar, gobernan en Madrid, gobernan , ata agora en Santiago, e levan gobernando en Pontevedra nesta Deputación, desde que hai Deputación e desde que temos democracia, polo tanto, xa está ben, cada un que aguante a súa vela, se me permiten a expresión , tamén, así pois, recordarlle que leva, case un ano, gobernando en Madrid e que grazas ao Goberno de Madrid, para o consumidor final,o Turismo en España, en Galicia e en Pontevedra, desde o 1 de setembro, é mais caro, mais caro, grazas a Madrid, pola subida do IVE que se ten feito o sector hoteleiro, como vamos a promover, como vamos a incentivar a actividade económica da hostelería cando lles estamos aplicando impostos que repercuten no consumidor final, desto e do que hai que debater, Sr, Figueroa, desto é do que hai que falar, IVE e IBI, dous impostos que van a repercutir , moi negativamente, no sector hosteleiro da Provincia de Pontevedra. Entonces, Provincia de Pontevedra onde ten o maior numero de desempregados de toda Galicia, algo terá que ver a política do Partido Popular en Santiago e a Política do Partido Popular, aquí, en Pontevedra, non me desvíe o debate, non mande balóns fora, cada un somos responsables, pero mire, o Partido Socialista xa pagou a súa taxa electoral e política, os cidada´ns dixeron que tiña que gobernar o Partido Popular, agora, estamos vendo para que e a maioría que votaron o Partido Popular estamos vendo que se están votando as mans na cabeza, porque iso é o que xera o Partido Popular e é o que xerou, aquí, en Galicia, mais paro, mais impostos, menos economía, mais débeda, hoxe, Galicia é un pais de emigrantes, de emigrantes e nos ven , aquí, a vender un fume que non lle podemos comprar Sr. Figueroa, porque non compramos fume, compramos datos, información, ¿non no la quere dar?, non nos pida o apoio porque non llo podemos outorgar. E despois fala e mire, eu, son deputado pola Comarca de Arousa e isto é a Deputación Provincial toda a Provincia de Pontevedra e de verdade, quérolle dicir, que empeza un a estar cansadiño de vir aquí a ter un Pleno bis do Concello de Vigo, o Concello de Vigo e a política local de Vigo, en Vigo, por certo, en Vigo, que eu saiba goberna o Partido Socialista, cousa que non lle debe gustar pero, aquí, en Pontevedra hai mais que o Concello de Vigo, hai mais que o Concello de Vigo e, si fala de discursos distintos, voulle poñer outro exemplo, que o Partido Popular abandeira en que todos falamos igual e goberno de Madrid, Consello de Ministros, Soria, dí unha cousa, Montoro dí outra cousa e De Guindos outra, vamos, que se tiran os trastos á cabeza ou executiva, no luns pasado, do Partido Popular en Madrid, donde “la Espe” le dice “al Rajoy” que:”… los están haciendo muy mal…”, entonces, a ver hombre, no nos veña con cuestións, céntrese e lle falo de estas cuestión porque, vostede, traslada isto, traslada isto, é vostede o que fala do PSOE, de Madrid, de Santiago, centrémonos, por favor, na orden, nos puntos da orde do día e, hoxe, nos traen, aquí, unha modificación de 720.000 sen información, non sabemos de onde saen eses 20.000 euros, nos din que fagamos un acto de fe para asinar un convenio , onde non temos contido, non sabemos para que é, non sabemos que obxectivos ten e non sabemos que proxectos, polo tanto, reitero, lamentablemente, esperaba as súas explicacións, non nola da, dicirlle, novamente que lle tendemos a man, cando queira falar de proxectos, a nivel turístico en Pontevedra, con unha soa condición, proxectos nunha mesa, información e datos, xa verá como vamos a chegar a moitísimos acordos, os veciños non van, non se lle pode dicir: “….no é que estes non queren apoiar…”, no, no, os veciños xa se dan conta como actúa o Partido Popular, lamentablemente, xa, se están dando conta e o que lle trasladamos é si queren traballar en positivo, conxuntamente, para sacar as cousas co máximo apoio, aquí estamos, destas formas que están utilizando, no. Polo Tanto, reitero, vámonos a abster e Sr. Figueroa, moitas grazas. Sr. Crespo Iglesias.- Moitas grazas, Sr. Cacabelos. Ten a palabra Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sr. Presidente, non, non, pensabamos intervir pero e que tivo un pequeno desliz aí o Sr. Figueroa que creo que, por aras da información veraz e obxectiva, creo que, hai que aclarar, hombre, que a Volta non custara nada non é certo, non é certo, dixo gratis, que dixo que era gratis tanto a Volta coma o partido da Selección, si, si, escapóuselle, si, si, si, escapóuselle. Seguro que estabamos atentos e demais, seguro que escapou, gratis, gratis, non foi, que é mais barata….o que se queira, gratis, gratis, non foi e o da Selección, gratis, gratis, tampouco é, exactamente gratis, gratis, tampouco é, en fin, se quere falamos de cifras pero que non é momento, ou, xa estarán publicadas ou senón , xa…é fácil de conseguilo, non teño ningún problema, creo que son coñecidas ou que as coñecemos ben, pero gratis, gratis, non foi, escapóuselle e demais, agora, que teñen (ilexible) e ¿que foi unha promoción?,si, estamos totalmente, totalmente de acordo e , agora, decepcionóume en canto a cuestión de que non da marcha a tras, porque despois da exposición que fixo, de verdade,que era, vamos, solo había que pedir, non xa, un organismos autónomo, eso independizalo, eso fundamental, xa, case independizalo da Deputación e non sometelo, absolutamente, como pretenden, aos vaivéns administrativos, administrativos xerais, ¿non?. Bueno, nós, reiteramos, vamos a votar a favor, en todo caso, desexarlle que teñan bo resultado no proxecto, hai pouco tempo, son enfarragosos, son enfarragosos moi enfarragosos e, quizá, o maior problema que teñen e que chegan moi tarde, chegan moi tarde, para o período de…vamos, de fondos europeos, con xustificacións, prazos e demais, puxeron unha cantidade moi elevada, para o tipo, vamos un esforzo de xestión, ao non haber investimento material, pois, vamos, a xestión é extraordinariamente complexa e, polo tanto, por iso lle dicía antes, lle facía antes o chascarrillo, póñase a traballar en xestionar isto e non a falar hora por que igual lle pasa, lle pasa o tempo, ¿non?, isto ten a súa, a súa complexidade. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Ben, tema suficientemente debatido, xa o vamos a votar.Aprobación do expediente suplemento de crédito 2/12 do OAL Turismo Rías Baixas, ¿votos en contra?, non hai, ¿abstencións?, Partido Socialista, ¿a favor? O Bloque Nacionalista e o Partido Popular. Queda aprobado por maioría. O Consello Reitor do O.A.L. Turismo Rías Baixas, na sesión extraordinaria celebrada o día 4 de setembro de 2012 adoptou o acordo de aprobar o expediente de suplemento de crédito SUP 02/12, cuxo detalle é o seguinte: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 12/843-432-206.00 Aluguer equipos para procesos información 90,00 € 12/843-432-210.00 Infraestruturas e bens naturais 3.000 € 12/843-432-220.00 Material oficina ordinario non inventariable 75,00 € 12/843-432-222.00 Servizos de telecomunicacións 549,59 € 12/843-432-223.00 Gastos de transporte 118,89 € 12/843-432-226.02 Publicidade e propaganda 60,00 € 12/843-432-226.06 Reunións, conferencias e cursos 40.000,00 € 12/843-432-226.20 Gastos de promoción 414,53 € 12/843-432-226.23 Fomento do turismo 40.000,00 € 12/843-432-227.00 Limpeza e aseo 431,00 € 12/843-432-227.06 Estudios e traballos técnicos 501.135,50 € 12/843-432-227.25 Servizos culturais e deportivos 513,00 € 12/843-432-227.77 Gastos de montaxe e desmontaxe stands 2.034,60 € 12/843-432-626.01 Adquisición equipamento informático 3.000,00 € 12/843-432-632.03 Inv. Reposición edificios e outras construcións 160.000,00 € TOTAL 751.422,11 € Financiamento do expediente de Suplemento de Crédito 02/12 O expediente financiarase con aforro propio procedemento de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais, habendo libres 2.782.117,12 € e quedando, despois desta modificación, 2.030.875,01€, contabilizándose a seguinte operación: CONCEPTO DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 12/432-870.02 Remanente tesourería aplicado a finac. Suplementos 751.422,00 € TOTAL 751.422,11 € Resume da modificación por capítulos: Capítulo 1º Gastos de persoal 0,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 588.422,11 € Capítulo 3º Gastos financeiros 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 0,00 € Capítulo 6º Investimentos reais 163.000,00 € Capítulo 7º Transferencias de capital 0,00 € Capítulo 8º Activos financeiros 0,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 0,00 € TOTAL VARIACIÓN POR CAPÍTULOS 751.422,11 € Polo exposto, e tendo en conta que o expediente cumpre cos requisitos previstos no ordenamento xurídico aplicable, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e o BNG, e a abstención do PSdeG-PSOE, aprobar dito expediente. b) Parte de información e control: 4.6256.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Crespo Iglesias.- O punto 4 e dar conta das resolucións presidenciais, teñen copia. Sr. Secretario.- En primer lugar los extracto de la resoluciones presidenciales dictadas entre el 23 de xullo e o 3 de setembro y, asimismo, otra resolución delegando las atribuciones de la Presidencia durante su ausencia entre el 20 y el 22 de agosto en el Sr. Vicepresidente, Sr. Figueroa Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 23 de xullo e 3 de setembro do ano 2012 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. - De Resolución Presidencial pola que se delegan atribucións da Presidencia dos días 20 ó 22 de agosto no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. 5.6257.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Crespo Iglesias.-non hai mais.Punto 5º, ¿rogos e preguntas?.Sr. Mosquera, ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. A ver, hai unha pregunta que, as dúas, realmente, habería que plantexarlle a o seu presidente efectivo, pero bueno, e o Pleno entendo que se lle transmitirán e demais.Vamos a deixalo nun rogo e nunha pregunta, no Pleno do mes de xuño, sucedeu un feito bastante insólito que é que, unha serie de persoas que pertencen a o Consello Asesor do Museo, ou que teñen vinculación co Museo, pediron unha entrevista co Presidente da Deputación que non lle dou naquel momento, antes do Pleno, porque dixo que ninguén lle fixaba a axenda e puxo como, puxo unha coletilla dicindo que a semana que ven, calquera día, os recibo sen maior problema, pasaron dous meses e pico e esa semana fíxose como moi longa, moi longa , moi longa, extremadamente longa e, aínda hoxe, aínda hoxe, non tivo a ben, nunha mostra….se é intencionado, xa é intencionada de entrada un desprezo, que non é de recibo, alí estaba, ex vicepresidente da Deputación, Alcalde de Pontevedra e todo unha serie de xente que estivo….creo que merecía maior respecto, se foi despiste, igual, foi un despiste improcedente, porque creo que se merecían que se recibiran, ¿non?, por outro lado, non se convoca o Consello Asesor e, co cal, todas eses participantes no Museo, pois, dunha maneira ou outra, pois o desprezo que se lles esta a facendo é de marca maior , ¿non?, evidentemente, a pregunta sería para o Presidente, si iso foi intencionada, si non pensa recibilos mais, en fin, ou que pensa facer co, co asunto, en todo caso, que queda a pregunta e que conteste pola vía que teña a ben.En segunda, a segunda cuestión que se quería plantexar, e que volven a saír, saíron esta semana os datos de sinestrabilidade víal de todo o Estado, se cadra, de Galicia ¿non? e os do 2011, aínda non están publicados, estamos funcionando por, vamos, roldas de prensa e notas de prensa e non hai datos, digamos, contrastados e elaborados do 2012 hai, estes, que van saíndo así en roldas de prensa dos Delegado do Goberno o do, da Directora Xeral pero, de todas maneiras, a situación, polos datos que se van coñecendo e que, a Provincia de Pontevedra, segue nun estado lametable, neste aspecto e con todas as repercusións que supón das…de accidentes e demais e, incluso, económico polo coste dos seguros, ¿non?, ben en decembro do 2010, decembro 2010, esta Corporación tivo a ben votar por unanimidade unha proposta de acordo para actuar neste sentido, a parte, con grandes declaracións de alta preocupación polo asunto e en xaneiro de 2011 presentouse un texto de unha ordenanza, xaneiro 2011, estamos falando hai 18 meses, 19 e volta ven e todos os datos indican que o problema sigue sendo moi grave, que temos un comportamento diferencial, mentres, no resto das provincias galegas, sigue baixando a sinestrabilidade, na de Pontevedra, si baixa é moi pouquiño, con repuntes á alza e, sobre todo, nas estradas, digamos, secundarias, nas estradas que non son autovías, nas estradas convencionais,vamos, nas convencionais, vamos, convencionais é mais preciso. Home, non é cuestión de facer ningún chascarrillo pero 18 meses para aprobar unha ordenanza parece excesivo, por outro lado e non tomar ningunha medida de poñerse ao fronte de un problema gravísimo, como este, pois parece unha desidia, bastante, bastante considerábel, bastante considerábel. Nos, obviamente, non criticamos, todo o contrario, eses esforzos que están facendo , por exemplo, por poñer un exemplo,a Deputación en Deportes, por exemplo, si a preocupación da Deputación, dos responsables, con respecto a seguranza viaria fóra a décima parte, a décima parte da que teñen, por exemplo, nos Deportes,o tempo que lle adican os responsables públicos e o que, ¿non? e os recursos que lle adican, obviamente, estou seguro, estamos seguros que, nalgún tempo, 2, 3, 4, 5 anos iba a mellorar drasticamente a seguranza viaria na Provincia de Pontevedra, estou seguro, estamos seguros,hombre, levamos non sei cantos meses, seguímoslle dándolle voltas e, o final, so se pode entender unha cousa, que non hai ningún interese por este asunto, di si, si, si, cada vez que se pon enriba da mesa, por parte deste grupo, pero, si, si, si hasta o cuarto de hora seguinte que, xa, as preocupacións son outras, eu non digo que esta Deputación vaia a centrar todos, absolutamente, todos os esforzos en eso, obviamente, que non, pero , home, parece un tema suficientemente grave como para que algún esforciño se lle adique e con conclusión por que xa sei que con iso de contestar:”….non xa o fixemos, xa falamos…”, si, xa falamos no pasado, nun pasillo cando lle cadrou pero, realmente, esforzos ningún e as cifras son moi preocupantes, moi preocupante e un factor, diferencial, desta Provincia, xa, no seu momento, se dixo, se explicou e que ten o peor comportamento de todo o Estado, xa non digamos de Galicia, de todo o Estado, peor comportamento de sinestrabilidade viaria, con distancia e, así despois, repercute as estadísticas que teñen as compañías de seguros que, mais o menos, o seguro que costa o dobre das provincias que teñen menos, menos sinestralidade.Agardo que haxa algunha resposta, cando menos, ata o próximo mes, ¿non?, o problema e que este próximo mes é dentro de 15 día, agardo que, para aquela, haxa algo ou a ver que nos di a Presidencia. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, non lle quepa dúbida que se o Presidente se comprometeu a recibir a esas persoas vainas a recibir e en segundo, xa sabe vostede, como esta todo e a nosa intención a sacalo para adiante, independentemente de que, recocemos que vai mais lento do que debería ir, iso é certo, pero sacarémolo para diante, sen dúbida. Moitas grazas a todos, levantamos a sesión E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición