Fondos
2013-06-28_Ordinaria. Acta de sesión 2013/06/28_Ordinaria
Acta de sesión 2013/06/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/3.2013-06-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2013/06/28_Ordinaria
Data(s) 2013-06-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 23 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 28 de xuño do 2013 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vinte e oito de xuño do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeGPSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG). Escóitanse voces e gritos das persoas presentes no salón de plenos (representantes das plataformas de afectados por preferentes e subordinadas) que non permiten que se comece o Pleno. Sr. Presidente.- Bueno, moi bos días. Non queremos iniciar esta sesión plenaria sen antes, como é preceptivo e así o fixemos ata agora, escoitar ós que estades aquí, xa, dalgunha maneira algunhas persoas expresaches, pero me gustaría ademais, aproveitando que están aquí, pois, todos os medios de comunicación, que puiderades trasladar publicamente, pois, a vosa situación, a situación que estades vivindo algunhas familias agora mesmo, certo é que hai un proceso en marcha, que aínda, aínda queda camiño por percorrer para solucionar esta estafa masiva que se, que todos coñecemos en Galicia, en España tamén, pero en particular na provincia de Pontevedra, e, polo tanto, é interese máximo desta Corporación provincial coñecer a situación actual. Creo que de todos é coñecido o que agora mesmo está en marcha, tanto dende o propio tribunal de arbitraxe como tamén por parte das oficinas que están en marcha neste momento atendendo, asesorando e informando a todos os afectados que así o desexen, porque creo que é de xustiza que se faga xustiza, e non hai outra xustiza para este caso máis que a devolución íntegra de todos os aforros, como ben dicía esta señora, dos afectados. Hai 40.066 resolucións aceptadas polo banco que van a cobrar e que suporá unha devolución total de 470 millóns de euros, as cifras así o indican a día de hoxe … Volven a producirse interrupcións por parte do público presente no salón. Sr. Presidente.- Como digo, hai 40.066, 40.066 reclamacións aceptadas por NovaGaliciaBanco, o que vai supoñer, como digo, volvo a reiterar, a día de hoxe, a día de hoxe hai 40.066 reclamacións aceptadas por NovaGaliciaBanco, que supoñen 470.184.127 euros que se van a devolver. Pero non estamos satisfeitos, evidentemente, queremos a devolución total e íntegra a todos e cada un dos aforradores. Certo é, creo que de todos é recoñecido, que a arbitraxe, pois do que se andou nas últimas semanas aumentou considerablemente, e polo tanto, esperemos, é o desexo de todos de que continúe ata devolver todo aquilo que foi estafado. Está aberta, como todos saben, a vía tamén xudicial para todos os que queiran. Volven a producirse interrupcións por parte do público presente no salón. Sr. Presidente.- Sempre se pode intervir aquí, polo tanto, eu acabo de dar eses datos e abriremos o turno de intervencións, sen haber iniciado o Pleno, porque o Pleno, primeiro sodes vós e despois, evidentemente, adoptaremos as decisións oportunas. Agora vos acercan un micro aí para todas aquelas persoas que queiran intervir. Volven a producirse interrupcións por parte do público presente no salón. Interveñen distintas persoas do público. Sr. Presidente.- Se establecemos unha orde, se establecemos unha orde, todas as voces van a ser escoitadas, vamos a estar aquí o tempo que sexa necesario e igual que pasou o outro día no concello de Pontevedra onde, por certo, neste caso, D. Xullo non mencionou que se celebrou o Pleno do concello de Pontevedra, porque así foi, celebrouse, polo tanto, exactamente, polo tanto, recoñecendo que se celebrou, eu sei que vostede e máis eu, evidentemente, non vamos a estar de acordo porque vostede … Volven a producirse interrupcións por parte do público presente no salón. Sr. Presidente.- Vostede foi escoitado, vostede foi escoitado aquí, vostede foi escoitado aquí con respecto e debe escoitar. A min o que vostede poida haber dito, me pode gustar máis ou me pode gustar menos, pero eu escoitei con absoluto respecto todo o que dixo, evidentemente, todo iso, claro, cunha tendencia clara, que non é precisamente o que nos ocupa, o que nos ocupa é defender ás persoas que de verdade están afectadas, defender ás persoas que de verdade están afectadas. Polo tanto, eu teño que dicir tamén que os alcaldes de todos os partidos políticos, incluídos os do Partido Popular, por suposto, están, estiveron e estarán á altura das consecuencias na defensa dos intereses, neste caso, dos estafados e dos afectados por preferentes e subordinadas. Iso estarán, outra cousa é que se queira manipular, se se quere manipular, pois é evidente que nunca, nunca se valorará, pero eu estou seguro, estou seguro que esa valoración será moi positiva por parte dos cidadáns, e polo tanto, xa digo, se establecemos esas normas de máximo respecto, que todos poidan trasladar a súa opinión, porque creo que é importante que os medios de comunicación que hoxe están aquí escoiten as súas opinións, que son importantes, pois nós tamén lle vamos a trasladar dende aquí o que se está facendo, e é evidente que hai cousas que nos gustan máis, hai outras que nos gustan menos, pero, en todo caso, aquí estamos todos nun mesmo fronte que é traballar pola devolución ata o último céntimo de euro das persoas que foron estafadas, e iso é o que vamos a seguir facendo. Por iso, dicirlles que os alcaldes que representan hoxe, tendo noticias desa reunión celebrada fai uns días en Mondariz-Balneario, aquí quedaron, evidentemente, dous representantes, como se estiveran os seis, están os dous como se estiveran os seis, que son, por suposto, os alcaldes de Porriño e o alcalde de Salvaterra, e eles representan ós outros compañeiros porque entenden que a súa representación os lexitima a estar aquí na corporación provincial, e eles van a expresar o que alí se falou. Polo tanto, se, nese respecto, eles van a falar, porque ademais queren falar, ¿por que non?, porque ademais falaron moitas veces cos afectados, seguirán falando, ata lograr o obxectivo común que non é outro que a devolución íntegra dos seus aforros. Pero eu para iso, pero para iso lles pido, lles pido que poidamos escoitalos, tamén lles traslado a aquelas persoas que, a través dos distintos conserxes que están aquí, que necesiten auga ou calquera outra cousa que nos avisen, para que, dalgunha maneira, se lle poida dar. Volven a producirse interrupcións por parte do público presente no salón. Sr. Presidente.- En todo caso, … nos gustaría que o mesmo respecto que houbo por parte de todos os que están aquí na corporación provincial o houbera dese lado, sei que podemos pensar que estamos, evidentemente, angustiados coa situación e todo o demais, pero eu o que acabo de dicir o dixen co máximo de respecto, o dixen co máximo de respecto hacia todos e hacia todas as que están aquí, que dalgunha maneira queren visualizar o seu problema. Polo tanto, eu pediría, sei que ás veces non é fácil, podemos entender a indignación, a situación e todo o que está pasando, pero creo que é bo para todos, especialmente para vostedes, que se poida coñecer a opinión das persoas, que se poida coñecer a opinión dos alcaldes, seica algúns non van a estar de acordo nunca, porque xa é, forma parte, evidentemente, do seu guión, pero en todo caso o importante é que de aquí se trasladará unha voz unánime e única e por iso é o que queremos trasladar na mañá de hoxe. Se respectamos, xa digo, ese turno de palabra falaremos e van a falar neste caso os alcaldes, que aquí están, dos que tiveron esas distintas xuntanzas, que creo que ademais foron positivas sempre que se celebraron e de aí que eles tamén queren trasladar a súa opinión. Por iso imos darlle a palabra, neste caso, ó alcalde de Porriño, Nelson Santos, que estivo, precisamente, nesa xuntanza e que conxuntamente el e tamén Arturo Grandal, como alcalde de Salvaterra, e dous deputados provinciais, representan ós compañeiros que estiveron nesa xuntanza, que tiveron fai uns días en MondarizBalneario. Hai unha señora alí que pediu a palabra antes. Intervén unha señora do público presente no salón. Sr. Presidente.- Gracias tamén por esa intervención, que eu creo que está dentro do que dalgunha maneira todos estamos avalando aquí esta mesma mañá, e polo tanto, vamos a seguir nesa mesma senda, igual que defendemos fai aproximadamente un mes, neste Pleno da Corporación Provincial, de que siga neste caso o Tribunal de arbitraxe traballando e facendo o seu labor, pois o vamos a seguir defendendo hoxe e sempre ata que o último aforrador poida recibir o que era seu, que era o seu diñeiro e os seus aforros. Ten a palabra, ten a palabra, se respectamos ese turno de intervencións, porque vai haber posibilidade de que todos poidan falar, xa digo. Ten a palabra o alcalde de Porriño e deputado provincial D. Nelson Santos. Sr. Santos Argibay.- Buenos días a todos. Gracias Presidente. En primer lugar, quiero también darle las gracias a todos los afectados que acudís hoy a este acto en la Diputación. El jueves a la noche mantuvimos una reunión seis alcaldes de la zona de Louriña, del Condado y del Paradanta, con una serie de dirigentes de las plataformas de afectados. Y en esa reunión básicamente el único punto que se puso sobre la mesa y del que yo me comprometí, fue que el documento que presentó Novacaixagalicia para el canje que era un documento que ofrece muchas dudas. Yo en aquella reunión, estando presentes, leí el documento, la verdad manifesté allí, públicamente, que me parecía un documento demasiado fuerte para firmar, que yo creía que una persona que firmase ese documento antes debería de asesorarse, porque, lógicamente, el contenido de aquel documento daba a decir de que una persona que lo firmase podía ser un inversor y no un ahorrador. En aquel momento me ausenté, llamé al Director General de Novacaixagalicia, a Juan Arnau, le pregunté sobre el contenido del documento y me dio una serie de razonamientos que yo allí, públicamente, no quise exponer. A continuación el compromiso que yo hice y adquirí fue de mantener una reunión ayer o el próximo lunes, con el Director General de Novacaixagalicia, con un abogado que le está llevando el tema a una de las afectadas, que me parece que se llama Conchita, que es de Ponteareas, ayer a la tarde hablé con su abogado, ayer a la tarde, a última hora de la tarde, porque estaba en un comité en Coruña, con el Director General de Novacaixagalicia y ayer a última hora de la mañana hablé con la Directora General de Consumo. La Directora General de Consumo me dice que ella ya mantiene reuniones frecuentes con los afectados de las plataformas y que ella no va a asistir a ninguna reunión con Novacaixagalicia, entonces yo quedé con el abogado de esta señora, juntamente con el Director General de Novacaixagalicia, Juan Díaz Arnau, así como llevar dos representantes de la Plataforma de afectados de La Louriña, y ayer a la tarde hablé con una representante que se llama Elvira, que es de Mos, que los que están aquí presentes, Fita, la conoce también; hablé con Elvira para mantener esa reunión el lunes a la mañana, y en esa reunión va a asistir un abogado jurídico de Novacaixagalicia juntamente con el abogado de las afectadas, de las plataformas de los afectados, en donde se va a extender, donde se va a desarrollar, donde se va a ver ese documento que Novacaixagalicia os obliga a firmar para ir al canje. Ese es el compromiso que yo adquirí en esa reunión y yo, hoy, tan pronto salga de aquí, tan pronto pueda, voy a citar a las tres personas que van a ir de la plataforma, que me gustaría que vaya este señor de Las Nieves que asiste a las reuniones, me gustaría que asista también a esa reunión Nuria, que es la única afectada que hay de Porriño en este tema, me gustaría que asista también Fita, que también asistió a una reunión conmigo en Novacaixagalicia, y que asista el abogado de esta señora, de Conchita de Puenteareas, que va a asistir, que ya me confirmó que el lunes asistía, que va asistir el Director General de Novacaixagalicia, Juan Díaz Arnau, y que va a asistir también el letrado de la caja para que entre los letrados aclaren las dudas que tenga este documento y que una vez aclaradas las dudas los afectados puedan firmarlo o no. Ese fue el compromiso que yo públicamente adquirí en esa reunión, en donde hay presentes aquí dos personas como son Fita y el señor este de las Nieves, que ellos saben que ese fue el compromiso que yo adquirí, y es el compromiso que yo hice las gestiones y que el lunes a la mañana, y hoy, tan pronto salga de aquí, voy a fijar la hora de la reunión y los voy a citar a ellos para que asistan a la reunión. Ese fue mi compromiso Presidente y no tengo nada más que decir con relación al tema. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Moitas gracias. Moitas gracias. Si, sen problema, vamos a intervir todos de maneira ordenada. Intervén unha señora do público. Sr. Presidente.- Vai a falar tamén a outra persoa que representa ós seis alcaldes, que neste caso é compañeiro da Corporación Provincial, alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, polo que alí se trasladou. Quero agradecer tamén neste caso a Nelson Santos, porque o importante é avanzar nas cuestións que vos preocupan e creo que neste sentido se está ocupando precisamente desa cuestión. Sr. Alcalde de Salvaterra, D. Arturo Grandal. Sr. Grandal Vaqueiro.- Bos días a todos. Bueno, eu estou de acordo co que dixo o alcalde de Porriño, porque iso foi alí un punto que se quedou niso, quedárase no punto ese, de que el alí naquel momento chamara, como ben dixo, ó Director da Caixa e tratar de facer esa reunión, que era importante aclarar iso e á parte ir acompañados das partes e, á parte dun abogado, por parte dalgunha asociación, iso foi o que se falou alí. Agora, tamén, de verdade, que se falou de que os alcaldes que estaban alí que ían a vir aquí, iso foi verdade, eu non vou a negar iso porque foi así. Agora, eles estaban avisados e sabían que ían a vir aquí, bueno, pois non viñeron, eu respondo por min. Agora, o que tamén é verdade, que alí o dixemos, e dixémolo, que tanto o alcalde de Porriño coma eu representábamos ós alcaldes daquela zona, iso tamén o dixemos, tamén o dixemos, pero despois …, si, si, si, bueno, pero alí falouse de que tamén era bo que viñeran os restantes alcaldes, vostede, Julio, había dito, que bueno, que vostede tamén avisaba ós da oposición, ¿foi así ou non foi?. Entón, eu o que lle digo, bueno, isto foi así, isto foi así. Interveñen distintas persoas do público. Sr. Presidente.- ¿Hai algunha intervención máis?. Escóitanse distintas voces do público. Sr. Presidente.- Aí, neste proceso hai uns baremos e uns criterios que se estableceron, que, bueno, pois nos gustaría que foran máis xutos, pero había que empezar por algún sitio, e aparentemente empezaron agora con este número importante de aceleración no proceso de arbitraxe, estaba previsto e segue estando previsto que a preferencia agora mesmo eran esas cantidades, de menos de 10.000 euros, polo tanto, esperamos … Intervén outra persoa do público. Sr. Presidente.- Non, é que responder así é moi difícil, ¿comprende?, eu quixera responder pero non é posible porque calquera comentario que eu faga pois se intenta desvirtuar, entón é moi difícil, eu quixera contestarlle, en todo caso, se vostede ten un criterio claro, como aparentemente parece, que é un criterio claro que reúne o perfil para que se lle devolva integramente, pois a propia entidade ten que ser quen entregue ó Tribunal de arbitraxe para que ese laudo sexa favorable para vostede. Polo tanto, en principio reúne todas as condicións, haberá que esperar ata que este proceso remate … Escóitanse distintas voces do público. Sr. Presidente.- Así non vamos a entendernos. Intervén outra persoa do público. Sr. Presidente.- A Deputación, a pesar dalgún comentario que se puido haber feito aí, que eu, evidentemente, respecto pero non comparto, ten en marcha neste momento para esa dúbida que vostede plantexa, pois, unha oficina onde hai neste momento, coa Unión de Consumidores de Galicia, que non debe ser dudosa, non debe ser unha institución dudosa en Galicia, leva defendido miles de casos de persoas que foron sometidas a abusos por parte de compañías, como puido ser telefónica, Unión Fenosa, entidades bancarias, etc., que neste momento está asesorando a cerca de 1.100 persoas, que leva asesorado e informado neste momento, e que, polo tanto, tamén lle pode trasladar a información máis exacta e máis veraz en relación ó seu caso. Iso teno que facer, evidentemente, ese equipo que está nese edificio do lado, que o puxo en marcha a Deputación de Pontevedra coa colaboración da Unión de Consumidores de Galicia, que son letrados especializados na defensa destes casos, e polo tanto, eu lle participo que aí lle poderemos dar toda a información e … por suposto que teñen preferencia, teñen absoluta preferencia. Intervén outra persoa do público. Sr. Presidente.- Aí lle van a dar toda a información e o propio banco … Interveñen outras persoas do público. Sr. Presidente.- Bueno, vostede sabe que había persoas, as cales están aquí, que non crían na arbitraxe, agora mesmo … Escóitanse distintas voces do público. Sr. Presidente.- Se somos razoables, en Bankia hai miles de afectados e ningún, practicamente ningún, cobrou en Bankia, só hai 170 persoas que cobraron a arbitraxe, e polo tanto, en Galicia … así non podemos falar, así é imposible. Interveñen distintas persoas do público. Sr. Presidente.- ¿Hai algunha intervención máis?. Ten a palabra Dona Iolanda Veloso. Sra. Veloso Ríos.- Moitas grazas. En primeiro lugar, desculpar a ausencia do voceiro do Grupo Provincial do BNG, César Mosquera, que non pode estar hoxe aquí por cuestións de saúde. En segundo lugar, por suposto saudar de novo a todas as persoas afectadas por preferentes e subordinadas que volven á Deputación de Pontevedra a reclamar o que é seu, a reclamar os seus cartos, a reclamar xustiza, porque todas estas persoas que están aquí, Sr. Louzán, non están para facer terapia de grupo, non veñen aquí a falar cun psicólogo, moitos deles xa teñen que pagarse os seus psicólogos, están aquí para reclamar os seus cartos, para reclamar xustiza, e non está aquí tampouco para falar para os medios de comunicación, están aquí para falar con vostede, para falar para vostede, porque vostede é o Presidente da Deputación de Pontevedra, e polo tanto, ten un compromiso de defender á cidadanía de Pontevedra, que está aquí hoxe reclamando os seus dereitos. E ademais, vostede é o Presidente Provincial do Partido Popular en Pontevedra, e por tanto non é tampouco un calquera, senón que é unha persoa que dentro do seu partido político ten que ter os recursos para buscar unha solución para os cidadáns e cidadás da súa provincia, que están agora mesmo sendo estafados e que están perdendo os aforros de toda unha vida e quedándose sen nada, e están pedindo apoio con medidas de presión e están pedíndolle unha resposta, están pedíndolle que fale vostede, non están pedindo un novo acordo, coma ó que se chegou no Pleno do mes de maio nesta Deputación. Eu quero lembrar que no Pleno do 31 de maio chegouse a un acordo que di: Reclamar que se paralice a aplicación das quitas ós afectados; Demandar que se suspenda o real decreto que estableceu a obrigatoriedade das quitas para os tenedores de participacións preferentes e subordinadas; Solicitar unha entrevista co Ministro De Guindos e unha representación dos afectados; e, que se promovan todas as medidas tendentes a que os afectados recuperen o 100% dos seus aforros. Un mes despois o primeiro que tería que estar dicíndolle vostede a estas persoas é, ¿que pasou?, ¿que se fixo con todo isto?, porque o certo é que se aplican as quitas xa non hai arbitraxe, e, De Guindos, aquí, polo menos, non veu a dicirlles nada, entón, o primeiro é saber, ¿que pasou con estes acordos?. Porque vostedes en reunións de alcaldes con persoas afectadas ou en conversas na rúa ou nos concellos, vostedes apoian todas as súas demandas, pero logo aquí, logo aquí, ou noutras institucións, vostedes votan en contra de que se derrogue o decreto das quitas, por exemplo, como fixeron no Congreso dos Deputados, e vostedes aquí, logo, os deixan falar durante dúas horas, porque levamos aquí dúas horas e aínda non dixo vostede nada, levamos aquí dúas horas e vostede parece que está máis preocupado porque isto sexa un puro trámite ata que cansen e marchen, para poder celebrar hoxe o Pleno ordinario no que vostede quere aprobar a amortización de débeda para darlles cartos ós bancos. Porque vostedes pretenden que este ano a Deputación de Pontevedra lle dea trinta millóns de euros ós bancos, porque vostedes están preocupados por darlles os cartos ós bancos, e aquí as persoas están preocupadas por recuperar os seus cartos, que lle roubaron ós bancos ós que vostedes agora lles dan cartos públicos, e iso é o que vostede pretende. Nós sumámonos á demanda das persoas que están pedíndolle unha resposta, que lles diga agora mesmo que vai facer, ¿vai vostede apoiar as medidas de presión que eles queren levar adiante?, ¿vai poñerse do seu lado?, ¿vai agora mesmo pasar do outro lado e chamar por teléfono ó Sr. Rajoy e que lles dea unha resposta?, ou, ¿vai seguir calado durante todo o tempo que estas persoas aguanten?, porque levan máis dun ano, un ano e medio, levan moito tempo sufrindo, moito tempo sufrindo, e isto chega a extremos de crueldade, de verdade, que ver aquí a persoas chorando, mentres están reclamando o que é seu, é chegar a extremos de crueldade, a súa responsabilidade é outra, déalles unha resposta, por favor. Escóitanse distintas voces e aplausos do público. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Veloso, que xa conseguiu o aplauso oportuno, outra cousa é a realidade. Canta demagoxia, canta demagoxia. Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Presidente.- Se seguimos mantendo unha orde de palabra, pois, poderemos entendernos e escoitarnos todos, senón non poderedes escoitar o que dende aquí se poida dicir, haberá quen estea de acordo, haberá quen non estea de acordo, etc., pero eu creo que é importante que se puidera escoitar, neste caso, a palabra e a opinión dos distintos grupos políticos que están nesta Corporación Provincial, que están escoitando, neste caso, as vosas demandas, que son, como xa se dixo aquí, xustas e razoables, excepto aquelas que xa proveñen doutras situacións que van máis alá do que é a propia defensa dos intereses dos afectados. Polo tanto, agora pediu a palabra tamén, D. Héctor Santos, que ten a palabra. Se todos podemos escoitar. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. É normal que haxa este, para vostede, alboroto, porque realmente o que hai é persoas que están indignadas e nolo levan manifestando durante bastantes plenos, ¿non?. Eu quero, en primeiro lugar, dar os bos días a todos e tamén a cada un e cada unha dos membros das plataformas das preferentes, en nome do Grupo Provincial Socialista. E tamén quero saudar a presencia aquí do alcalde de Salceda de Caselas e de A Guardia que están aquí neste Pleno, tamén cos seus veciños e coas súas veciñas. Dende logo, cando temos aquí veciños e veciñas nosos unha vez máis e con este grado de indignación é porque non lle solucionamos o problema, non solucionamos o problema de persoas que ata fai un mes eran aforradores estafados e hoxe son aforradores estafados que lle rouban os seus aforros. E a pregunta é, ¿que fixemos nós neste mes?, porque hai unha resolución, eu creo que importante, que custou facer, do mes pasado, que, entre elas, ían varios puntos creo que moi importantes: que continuaran as arbitraxes; que non houbera quitas; e, que houbera unha entrevista ó máis alto nivel, co Ministro De Guindos. Non sabemos, dende os grupos da oposición, polo menos dende o Grupo Socialista, non sabemos que pasos se deron durante este mes por parte do goberno da Deputación de Pontevedra. E, polo tanto, creo que estar escoitando estes dramas persoais, pero que son equiparables tamén a aqueles e aquelas que non falaron, porque son auténticos dramas o que están aquí a manifestar, nos debía mover, cando menos, cando menos, a ter un pouquiño máis de sensibilidade e a tratar de solucionar o seu problema. E creo que é posible, que é posible dende o goberno da Deputación de Pontevedra e co apoio de toda a oposición, como así vimos manifestando, poder facer algo máis por eles. Porque mire, se hai cartos para rescatar a banca ten que haber cartos para devolverlle os seus aforros, o que non pode ser, que non pode ser, Sr. Presidente, é que sigamos un mes tras outro vendo como a súa situación empeora, en lugar de mellorar empeora, porque do mes pasado a aquí, reitero, de aforradores e estafados pasan a ser aforradores estafados ós que lle rouban tamén os seus aforros. Polo tanto, dende o noso grupo, sen entrar nalgúns dos comentarios que se fixeron, porque nós, lles quero recordar a todos, estamos aquí por vontade popular, porque nos votaron, e exercemos o noso dereito tamén e para poder ter voz e tamén falar, falar dos seus problemas aquí, para iso nos elixiron, para iso estamos aquí a cumprir, pero nós, fisicamente, e así mo acaban de manifestar os meus compañeiros e compañeiras, estamos aí con vostedes, estamos con vostedes e tamén estamos con vostedes, Sr. Presidente da Deputación, para axudar, empuxar e facer todo aquilo necesario para que estes veciños e veciñas nosos recuperen os seus aforros, que é ó que teñen dereito e é o único que reclaman, é o único que reclaman, de distintas maneiras, e é o que merecen e en xustiza lle pertence. Moitas gracias. Escóitanse distintas voces e aplausos do público. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno. Bos días a todos e a todas. Eu o único que quería era que, tamén, o máximo respecto que tivemos nós e que tiveron hacia os demais grupos, que o poidan ter con nós para expresar a nosa opinión. Seguramente, o que lles vou a dicir, ó mellor algúns non o crerán, seguramente, pero eu creo que cando chega o momento na vida política que se plantexa un tema de tanta gravidade, de gravidades persoais, de situacións e casos que cada un sabe como os leva, pois, evidentemente, nós somos responsables políticos, postos por todos vostedes cada catro anos, que nos van cambiando, nos van confirmando, pero cando hai unha situación de gravidade, como pode ser o das preferentes e subordinadas, pois, un ten amigos, escoita, ás veces, pois, non escoita cousas agradables, pero si, o que lle podo dicir e llo digo de corazón e mirándolle ós ollos a todos, é que podo asegurarlles que todos os que pertencemos ó Partido Popular, todos, todos, sen excepción, estamos sensibilizados, digo que todos os que pertencemos ó Partido Popular estamos sensibilizados con esta situación. Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Figueroa Vila.- Miren, miren … miren, eu podo entender e entendo a súa situación e incluso que non nos deixen falar, miren … Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Figueroa Vila.- A min me gustaría, miren, me gustaría escoitalos, eu escoiteinos, me gustaría que me escoitaran, si, nós estamos, estamos tan sensibilizados como os que máis, seguro ademais, si. Mire, … Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Presidente.- Deberíamos manter ese respecto de palabra. Xa dixen antes que a todos nos pode gustar máis ou gustar menos, pero creo que aquí durante o tempo que sexa necesario se lles dou a palabra e polo tanto, creo que a palabra, nos podemos entender todos, e me gustaría que, polo tanto, a persoa que estaba no uso da palabra … Sr. Figueroa Vila.- Miren, se me deixan continuo … Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Presidente.- A persoa vai a falar, por suposto, cando se lle deixe, senón se lle deixa falar non pode falar, ¿comprenderá?. Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Figueroa Vila.- Se me deixan continuar continuo. Eu, dende logo, nós queremos escoitalos, e os escoitamos, creo que se deu mostra xa nos últimos meses e nos últimos plenos, de que esta institución está a disposición de todos vostedes para intentar, dentro da medida que poidamos, colaborar, a nosa máxima colaboración. E, seguramente, dicía que todos estamos sensibilizados e é certo, vostedes poden crelo ou non, pero nós somos persoas, persoas que convivimos con moitos de vostedes, que somos incluso amigos, familiares, ou temos unha convivencia ordinaria, e iso creo que é o máis importante na vida, e cando chega un problema como este, que chegou, e, seguramente, ó mellor este non é o momento, eu collo as palabras da señora que falou que dixo, que ela o que quere ou o que queren vostedes é que lle arranxemos o problema. E nós somos responsables políticos e estamos para iso, estamos para intentar resolver os problemas, pero eu tamén digo unha cousa, na vida hai que ter un pouco de memoria e saber como ocorreu todo, non vou a facer agora un … non vou, déixenme falar, déixenme falar, pero é que, déixenme falar, déixeme falar, … Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Figueroa Vila.- ¿Me deixan falar?. Bueno, pois déixenme. Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Figueroa Vila.- Miren, me deixan, é que non vou por onde van vostedes, non vou, o meu discurso, o que lles quero dicir, o que lles quero dicir, ¿me deixa falar?. Miren, o que lles vou a dicir non vai por onde van vostedes, non vou a entrar en ningunha discusión política, ese non é o fondo, que outro señor que está aí, dixo que todos eramos responsables. Non quero entrar niso de que hai memoria e hai que saber como sucederon as cousas, vou por un tema moi claro e moi concreto. Miren, eu teño moi claro, moi claro, quen son os responsables desta situación, inicialmente, téñoo moi claro, e, ¿sabe por que o teño moi claro?, ¿sabe? … non o queren escoitar, é que algúns non o queren escoitar. Me deixan … Sr. Presidente.- A diferenza se mide na tolerancia e a tolerancia se chama que vostedes puideron intervir libremente, sen ningún tipo de problema, e, guste máis ou guste menos, os que están aquí deberían poder intervir na mesma disposición que tiveron vostedes. Polo tanto, polo tanto, lles pedimos e lle volvemos a incidir de que sería bo que escoitaran a todos por igual, a todos e a todas, estaremos de acordo ou non, pero o respecto … o respecto nace aí, nace en tolerar todo aquilo que dalgunha maneira nos poidamos dicir. Dende aquí houbo un respecto e polo tanto aquí se lles puido escoitar a súa voz, sen ningún tipo de problema, se lle pode escoitar a súa voz, ¿Estamos de acordo ou non?. O Sr. Julio, o Sr. Julio segue manipulando, segue manipulando … Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Figueroa Vila.- Volvo entón a intentar pois trasladarlles o sentimento e as sensacións, sobre todo, a postura que teñen os membros do Partido Popular, e poden crela, porque é certo, eu lle dicía que me gustaría mirarlle ós ollos a cada un de vostedes porque coas persoas que estou …, hai unha conclusión moi clara, eu estou convencido, convencido de que o 99% de todos vostedes que están aquí están coa mellor intención, téñoo perfectamente claro, non teño ningunha dúbida, home, eu digo unha cousa, levamos aquí dende as once, nós tiñamos un Pleno, vostedes interviñeron, mire, nós o que menos queremos é que haxa enfrontamentos, queremos intentar resolver, miren, nós queremos intentar resolver un problema que é real e que sabemos que é unha auténtica estafa, o sabemos, o sabemos, e non queremos entrar en discusións políticas con outros grupos, que podíamos facelo, e seguramente teremos que facelo, porque cando un toma decisións ou cando suceden problemas, os problemas, evidentemente, veñen dados dalgunhas situacións e se todos facemos unha reflexión, ou cando estamos sós … Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Figueroa Vila.- Julio, mira, eu non te coñezo de nada, eu non te coñezo de nada, pero non provoques, non provoques, que non provoques, home, que eres un liante, estás provocando, home, estás provocando, home, estás provocando, e te vas a quedar só, home … Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Presidente.- Parece que podemos seguir na liña de que podemos cada un trasladar a nosa impresión sobre esta situación e, polo tanto, así o vamos a trasladar. Sei que probablemente, alguén dicía e facía unha reflexión importante esta mañá, que non queremos palabras bonitas, que non queremos cousas desas, queremos feitos, ¿non?, houbo aquí palabras bonitas que se dixeron por parte do Bloque Nacionalista Galego, moi bonitas, que ó final non conducen a nada, evidentemente, é unha carga importante de demagoxia, pero bueno, se vostedes quedan contentos con iso, nós o único que fixemos foi poñer medidas encima da mesa, que hoxe en día podemos dicir e reiterar que aínda non estamos satisfeitos nin moito menos, que hai 40.066 persoas que van recibir os seus aforros, que temos abertas nove oficinas de asesoramento e información, para todos … Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Presidente.- E iso é o importante, e que pedimos dende aquí, alto e claro, pedimos dende aquí, alto e claro, que continúe a arbitraxe, pedimos dende aquí, alto e claro, que continúe a arbitraxe. Pero, en todo caso, en todo caso, en todo caso, evidentemente, cada un ten a súa responsabilidade, nós como institución temos a nosa, que non é, evidentemente, se puidéramos nós devolverlle, pois, encantados o faríamos. Antes dicía, neste caso a responsable do Bloque Nacionalista Galego, de maneira irresponsable, si, esta Institución como calquera das súas casas vai a devolver, vai a devolver 25 millóns de euros, entre outras cousas, para que vostedes poidan cobrar o diñeiro da arbitraxe, porque as deudas hai que pagalas, e esta Institución, esta Institución vai devolver 25 millóns de euros para quedar nunha deuda do 48%. Eles, seica actúan doutra maneira, onde gobernaron levaron ós concellos á quebra, nós actuamos con responsabilidade e con austeridade, e tamén nesa mesma dirección lles dicimos que vamos estar ó seu lado, poderán crelo ou non, haberá persoas que digan unha cousa ou outra, pero seguiremos traballando para defender a todos os estafados polas preferentes e subordinadas, seguiremos traballando, Galicia foi unha comunidade avanzada neste sentido e logrou que 40.000 persoas vaian a cobrar eses 470 millóns de euros. Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Presidente.- Eu pido dende aquí, alto e claro, que continúe a arbitraxe, non é unha responsabilidade que teña na miña man o poder continuar a arbitraxe porque é responsabilidade do banco, do banco, do banco, porque se o banco non trata e non envía casos ó tribunal da arbitraxe non hai posibilidade de haber arbitraxe. Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Presidente.- Que a arbitraxe continúe ou non é unha responsabilidade de NovaGaliciaBanco, única e exclusivamente. Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Presidente.- Bueno, vale, vale, de acordo. Bueno, se non queren oír a verdade alá vostedes. Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Presidente.- Se iso permitira garantizar que vostedes cobraran o faría mañá mesmo, pero … sen ningún problema, sen ningún problema, ogallá puidéramos. Escóitanse distintas voces e gritos do público. Sr. Presidente.- Bueno, como vexo que non hai máis intervencións e como nos van a dar, para evitarlle sufrimento a vostedes e tamén ós que están aquí, vamos a iniciar esta sesión de Pleno a porta pechada, porque así se poderá celebrar perfectamente, e vostedes, pois, xa expresaron libremente o que tiñan que facer. Moitas gracias e moi boas tardes. Na Sala de Comisións sendo as quince horas e dez minutos do día vinte e oito de xuño do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse, a porta pechada, as/os Señoras/es Deputadas/os, Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Severino Reguera Varela (PP), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP) e Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, consonte á correspondente orde do día. Non asisten: Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeGPSOE), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6361.- ACTAS ANTERIORES Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria urxente do 3 de maio e ordinaria do 31 de maio, de 2013. a) Parte resolutiva: 2.6362.- APROBACIÓN DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DO ANO 2012 Ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesións celebradas os días 26 de abril e 31 de maio de 2013, a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, correspondente ó exercicio de 2012, ó non producirse reclamacións, reparos ou observacións contra a mesma, durante o prazo regulamentario que estivo exposta ó público, e a teor do disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 de 2 de abril, en concordancia co artigo 212 - 3º do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. O Pleno acorda, por unanimidade: - Aprobar a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2012, e que a forman a da propia Deputación e a dos organismos autónomos seguintes: Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola Universitaria de Enfermería, Turismo “Rías Baixas”, Caixa de Anticipos de Cooperación, Instituto para a Promoción e o Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO) e Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), integradas polo balance de situación final (Composición e situación do patrimonio), a conta de resultados económicopatrimonial, o estado de liquidación do orzamento, a memoria co resume dos estados máis relevantes (Estado de situación e movementos de operacións non orzamentarias de tesourería, estado demostrativo de orzamentos pechados e estado de remanente de tesourería), o estado de tesourería e o estado da débeda. Así mesmo incorpóranse certificacións de entidades financeiras cos saldos existentes nas mesmas a favor da Deputación e dos seus organismos autónomos referidos ó fin do exercicio, de conformidade co establecido nas regras 97 a 104 da Orde EHA/4041/2004, de 23 de novembro, pola que se aproba a instrución do modelo normal de contabilidade local. 3.6363.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 2/2013 O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra a través de escrito de data 20 de xuño de 2013, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/2013, da Deputación de Pontevedra que integra o expediente de crédito extraordinario “EXT 02/13” e o de suplemento de crédito “SUP. 02/13”) dentro do vixente orzamento provincial, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que o informe de Intervención de data 20 de xuño de 2013 reflicte que estes expedientes cumpren cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que a súa tramitación respecta o equilibrio orzamentario. Polo portavoz do grupo popular preséntase emenda, “in voce”, ó citado expediente xa ditaminado na Comisión de Economía, Facenda e Turismo, co obxecto de consignar crédito para a promoción do emprego na provincia, por importe de 7 millóns de euros, reducindo o crédito destinado a amortización voluntaria de débeda que pasa de 15.774.086 euros inicialmente previstos a 9 millóns de euros. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do orzamento 2013, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/2013 da Deputación de Pontevedra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo e coa emenda presentada polo grupo provincial do Partido Popular, acorda por unanimidade: Primeiro: Aprobar o expediente de modificación de créditos número 2/2013 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT 02/13” e polo de suplemento de crédito “SUP.02/13”) co seguinte detalle: Detalle do expediente: 1) Créditos Extraordinarios “EXT. 02/13”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 942-942-652,45 PLAN DE INVESTIMENTOS XESTIONADOS 2013, (PROXECTO DE GASTOS: “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS PROVINCIAIS 2013”) 15.000.000,00 € Total Créditos Extraordinarios … 15.000.000,00 € Financiamento do expediente de Créditos Extraordinarios 02/2013: O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios … 15.000.000,00 € 2) Suplementos de Crédito “SUP. 02/13”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 324-323-213,00 REPARACIÓNS M. CONSERVACIÓN DE MAQUINARIA, INST. UTILLAXE (CANTEIROS) 15.475,00 € 324-323-632,02 MELLORAS CONSTRUCIÓNS (E. CANTEIROS) 3.190,00 € 921-920-143,01 OUTRO PERSOAL, PLAN DE EMPREGO DEPUTACIÓN 3.000.000,00 € 921-920-160,04 COTAS SOCIAIS, OUTRO PERSOAL 1.000.000,00 € 924-924-221,15 MATERIAL TÉCNICO ESPECIAL (IMPRENTA PROVINCIAL) 65.000,00 € 931-931-227,06 TRABALLOS R. POR OUTRAS EMPRESAS. (INTERVENCIÓN) 14.520,00 € 931-011-913,00 AMORTIZACIÓN PRÉSTAMOS DE ENTES FÓRA DO SECTOR PÚBLICO. 9.000.000,00 € 942-942-462,03 TRANSFERENCIAS A CONCELLOS (PLAN EMPREGO 2013) 3.000.000,00 € Total Suplementos de Crédito... 16.098.185,00 € Financiamento do expediente de Suplemento de Crédito 02/2013: O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito (SUP. 03/12) 16.098.185,00 € TOTAL... 16.098.185,00 € Resume das modificacións por capítulos: Capítulo 1º Gastos de persoal 7.000.000,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 94.995,00 € Capítulo 3º Gastos financeiros 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 0,00 € Capítulo 6º Investimentos reais 15.003.190,00 € Capítulo 7º Transferencia de capital 0,00 € Capítulo 8º Activos financeiros 0,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 9.000.000,00 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS… 31.098.185,00 € Segundo: O expediente de modificación de créditos número 2/2013 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT. 02/13” e polo de suplemento de crédito “SUP. 02/13”) será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 4.6364.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE SOBRE A REFORMA DA LEI ORGÁNICA DO PODER XUDICIAL Queda sobre a mesa moción do grupo provincial do PSdeG-PSOE sobre a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial. 5.6365.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE SOBRE A APLICACIÓN DUN IVE REDUCIDO ÁS ACTIVIDADES ARTÍSTICAS Queda sobre a mesa moción do grupo provincial do PSdeG-PSOE sobre a aplicación dun IVE reducido ás actividades artísticas. 6.6366.- DECLARACIÓN CONXUNTA SOBRE A SITUACIÓN DA EMPRESA PESCANOVA Queda sobre a mesa declaración conxunta sobre a situación da empresa Pescanova. 7.6367.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Non houbo. b) Parte de información e control: 8.6368.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 28 de maio e 22 de xuño do ano 2013 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. Entra na Sala de Comisións o portavoz do grupo provincial do PSdeGPSOE para manifestar que se aplace e que este Pleno non se celebre a porta pechada. Polo portavoz do grupo provincial do PP alégase que se leva catro horas no salón de sesións, que é unha situación reincidente, e pola importancia dos asuntos que figuran na orde do día, esta institución ten que seguir a funcionar, polo que non hai outra solución que celebrar o Pleno a porta pechada. 9.6369.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as quince horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Secretario, Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)