Fondos
2013-12-27_Ordinaria. Acta de sesión 2013/12/27_Ordinaria
Acta de sesión 2013/12/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.829/1.2013-12-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2013/12/27_Ordinaria
Data(s) 2013-12-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 53 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 27 de decembro do 2013 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e vinte minutos do día vinte e sete de decembro do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten os Sres. Deputados Don Fernando Guitián Guitián (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP) nin Don Uxío Benítez Fernández (BNG). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Sr. Presidente.- Moi bos días. Vamos a dar comezo a esta sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial. Polo tanto, comezamos o Pleno. Pero, antes de comezar o mesmo, temos unha petición que por Rexistro nos entrou no seu momento, e creo que é á primeira que lle debemos dar, se quere intervir, que eu así o entendo, nos presenta unha instancia José Manuel Estévez Rodríguez, que en representación da Plataforma de afectados de Vigo (Val Miñor), pois nos solicita, probablemente, a intervención no mesmo, co cal, como fixemos sempre, pois esta Corporación quere darlle a palabra, como non podía ser doutra maneira, dentro do respecto que vimos mantendo para a celebración deste Pleno da Corporación Provincial. Polo tanto, Don José Manuel Estévez, ¿quere intervir?. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, si. Un segundo, un segundo, perdón, entendo que modificamos a orde do día para poder, porque eles solicitaron, creo que en tempo e forma, non se incluíu na orde do día a súa petición e acabamos de modificar a orden do día para que poidan intervir no Pleno. ¿É así, Presidente?. Sr. Presidente.- Non, modifícase a orde do día establecida, neste caso, dándolle …, pero aquí non hai máis que unha simple instancia, os outros documentos que entraron, entraron con fecha de agora mesmo. Sr. Rodríguez Díaz.- Pero digo, se estamos no Pleno, teremos que modificar a orde do día para que poida intervir. Nós estamos de acordo en que se modifique a orde do día para a intervención dos preferentistas. Sr. Presidente.- Se estamos de acordo todos, modificámolo, para darlle a palabra. Sr. Rodríguez Díaz.- Perfecto. Nestes intres suspéndese o desenvolvemento da orde do día do Pleno para que interveñan os representantes das plataformas de afectados polas preferentes. Ademais, interveñen outros da plataforma dos emigrantes retornados. Sr. Presidente.- D. José Manuel, adiante. Intervén D. José Manuel Estévez, representante da Plataforma de Afectados Vigo-Val Miñor. Escóitanse aplausos do público. Intervén un representante da Plataforma de Afectados do Baixo Miño. Escóitanse aplausos do público. Sr. Presidente.- ¿Hai algunha intervención máis?. Intervén un representante doutra Plataforma de Afectados. Sr. Presidente.- Gracias. Escóitanse aplausos do público. Sr. Presidente.- Bueno, Don Cesáreo Mosquera, ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, bos días a todos e a todas. Grazas Sr. Presidente. Vamos a ver, a nosa postura creo que está clara, reiterada e volvemos outra vez a reiterala se fai falta. Isto foi unha manobra deseñada en Bruselas coa axuda de Madrid e coa colaboración para expropiar a xestión do aforro galego e, incluso, o propio aforro vía preferentes e subordinadas. Obviamente, sempre tivemos unha postura claramente contraria e, polo tanto, reiterámola, todo o apoio que xa neste Pleno se ten feito en varias ocasións. Agora ben, a xestión non nos corresponde a nós, quero dicir, nós estamos, somos membros da Corporación, os que estamos na oposición, e podemos fixar postura, presentar mocións ou ter, ou defender, agora, a xestión o que é a xestión en concreto, correspóndelle ó grupo de goberno e á administración, que a ten que mover o goberno. Entón, obviamente, por exemplo, estamos falando do ORAL, pois corresponde ó grupo de goberno. A nosa postura, evidentemente, embarrancar, meter ó ORAL, que é un xestor de tributos, meter ó ORAL en sancións de orde pública parécenos unha auténtica barbaridade, parécenos unha auténtica barbaridade, pero, quen ten que tomar a decisión é o grupo de goberno e instámolo a que así o faga e que retire esas sancións. Pouco máis que engadir, a menos que repitamos o que se ten falado xa en outros, en outros plenos, ¿non?, que hoxe mesmo, supoño que teremos a ocasión de falar, ¿non?, de que a ofensiva que está habendo para, digamos, expropiar, espoliar, ou como se queira chamar, o aforro e os recursos dos galegos e galegas, pois, por desgraza, por desgraza, foi moi intenso, e agardemos que se resolva, e todo o apoio porque se resolva o das preferentes e subordinadas, pero agora, ben vía Axencia Tributaria tamén, os aforros, porque unha pensión máis ou menos conseguida nun estado estranxeiro, pois é un aforro, unha compensación, que tamén quere retirar ou parte vía impositiva ós afectados. Agardo que se fale deste asunto despois. Entón, todo o noso apoio, sabedes que onde temos a mínima posibilidade de actuar, facémolo, obviamente, na parte que nos corresponde, é dicir, non haxa a confusión de que os que estamos aquí cumprimos todas as mesmas funcións, non cumprimos as mesmas funcións. Estar no goberno ten a responsabilidade de executar e de xestionar, polo tanto é quen pode dar instrucións ó ORAL para, digamos, que esas, ese trámite de sancións poida ser expurgado e mirar as que realmente teñen certa base e non teñen, e, outros, pois estamos na oposición e temos que fixar postura, que xa está fixada, reiterada, en moitas reunións, parte de vós estivestes noutras reunións, e sabedes perfectamente cal é a nosa postura que en certo modo vai máis alá, é dicir, non é soamente un efecto concreto das caixas ou das xestións, senón que é un deseño perfectamente tal. Vamos a ver, hai uns anos, algúns, aquí todos tendes certa idade outros menos, hai uns anos había o famoso debate de se era mellor unha economía planificada ou unha economía de mercado. Ese debate está superado, no sentido de que cando é para beneficiar ó capital, planifícase estritamente o que se fai e execútase ó milímetro, execútase ó milímetro; se é para cargarnos a pesca, execútase ó milímetro, se é para cargarnos o agro, se é para cargarse os aforros ou a xestión dos aforros vía caixas, execútase de maneira planificada e intencionada, ¿non?. Isto é o que está a pasar, non é casualidade nin é, tan sequera, froito dunha xestión máis ou menos afortunada, é planificado, intencionado. As caixas de aforros alemás están peor co que estaban estas pero aí non as tocaron, porque a UE non tivo capacidade para impoñerlle a Alemania que había cargar a xestión pública de aforro. Evidentemente, a galega si, claro, polo peso político que hai, planificado, sistemático e demais. Iso é o que estamos sufrindo e, remato, aí o dixo un portavoz e creo que é verdade, é un orgullo ver a capacidade nesta situación tan terrible, ¿non?, de perda de poboación, de castigo económico, a capacidade de reacción e de mobilización que ten a sociedade galega. É case a única esperanza que temos neste país para ver algún futuro, porque no demais choven paus por todos lados. Moitas grazas. Escóitanse aplausos do público. Sr. Presidente.- Don Santos Héctor, ten a palabra. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, gracias Presidente. Bos días, saúdos a todos os preferentistas e tamén ós galegos que son emigrantes retornados e que hoxe tamén están aquí, neste Pleno, reclamando os seus dereitos. A todos eles, no nome do Grupo Provincial Socialista, bos días e que conten con nós para todo aquilo que precisen, para axudalos a saír deste terrible engano, deste terrible timo que lle fixeron estas caixas e ós emigrantes retornados, que lle fai o Sr. Montoro agora, con vostedes, cando dá unha amnistía fiscal a aqueles que rouban e, sen embargo, a vostedes quere cobrarlles con efecto retroactivo. En canto ós estafados polas preferentes, estamos a ver estes días algúns correos electrónicos doutra caixa, de Caixa Madrid, facía referencia un intervinte, un representante das preferentes, tamén á non mobilización, pero, seguramente que eses correos, onde se regodeaban do timo que lle estaban a facer ós aforradores, seguro que hai moitos tamén aquí, en Galicia, e que non se coñecen, pero seguro que os hai, seguro que sabían ben que os estaban enganando, sabían ben que os estaban estafando. E a realidade é de que aquí tiñamos dúas caixas, unha que agora se sabe que estaba quebrada, que era Caixa Galicia, e outra a Caixa do sur, que podía seguir polo seu propio pé, pero que algúns dicían que un proxecto de SIC, que era un proxecto que bancarizaba a entidade, e hoxe, uns anos despois, poucos anos despois, dous anos despois, temos que o aforro galego desapareceu e o Presidente da Xunta de Galicia, o Sr. Feijoo, do Partido Popular, di que o aforro galego agora está garantido porque se lle vendeu o banco a un venezolano. ¡Carai!, isto xa si que é facer alquimia. Nós saudamos positivamente as declaracións que fixo quen compra este banco, que fala de garantir o emprego e fala de que en noventa días lle vai a devolver ou buscar unha solución ós preferentistas. Se é así, amais hai un recoñecemento, quen está aguantando as oficinas e os clientes, son os traballadores e as traballadoras, iso é certo, pero, nós saudamos positivamente se é que en noventa días lle vai a buscar solución a todos vostedes, pois sería unha gran alegría, unha gran ledicia para todos, e que nós, o Grupo Provincial Socialista, apoiaríamos. Pero, dende logo, nesta venda, o que si é certo é que e lle regalou oito mil millóns de euros a este que compra, de todos os españois e de todas as españolas, oito mil millóns de euros, e non hai garantía que faga bo uso de iso, non hai ningunha garantía a día de hoxe, pero vamos a ter esa confianza. Dende logo, aquí conten, o dixemos en moitos plenos de aquí, e o dixemos nos concellos onde somos oposición, nos concellos onde gobernamos, conten con todo o noso apoio para darlle solución a esta estafa que lle fixeron no seu momento e que poidan recuperar canto antes os seus aforros, sen ningunha dúbida, e tamén para a retirada das sancións. É inconcebible, é inconcebible que se lle estean metendo sancións a cidadáns honrados, a cidadáns pacíficos que o único que fan é reclamar o que é seu, o que lle roubaron, nin máis nin menos. E, miren vostedes, recentemente, uns traballadores dunha empresa de Vigo, de Povisa, entraron pacificamente no edificio da Xunta de Galicia e os denunciaron porque habían feito alí non se sabe o que poñían, bueno, “la repera”. A sorte deles é que a denuncia foi a un xulgado e o xuíz dixo que alí eles non habían cometido nin sequera unha falta, o problema das sancións que teñen vostedes é que na Subdelegación de Goberno quen resolve é o mesmo que lles meteu as sancións, pois son os que as teñen que retirar, sen lugar a dúbidas, teñen que retirar estas sancións, pois na Deputación e naqueles concellos que teñan denunciado a homes e mulleres que o único que fan é reclamar o que é seu, lle teñen que retirar esas sancións. E, dende logo, eu remato apoiando, realmente, o que os dous portavoces planteaban aquí, eu creo que de moi boa maneira e que amais, con moito sentido común, porque o único que neste documento que nos entregan, o que se buscan son medidas para recuperar, nin máis nin menos, os seus aforros e poder quedar na súa casa e no seu lugar de traballo tranquilamente. Polo tanto, nós só reiterar o noso apoio ós estafados polas caixas no tema das preferentes e tamén o noso apoio ós emigrantes retornados que lle queren agora, tamén, cobrar o que non deben cobrar. Moitas gracias. Escóitanse aplausos do público. Sr. Presidente.- Bueno, trasladar tamén cal é a visión e opinión da realidade de todos estes feitos que, por parte da Deputación, sen ningún tipo de demagoxia nin manipulación, como nalgún caso se fixo ou se está facendo, vamos a ser claros e contundentes. Entón, en primeiro lugar, a Deputación como dixo o Sr. Julio, en ningún momento …, como dixo o Sr. Julio Vicente, non tramitou ningunha sanción, ningunha sanción tramitou a Deputación Provincial de Pontevedra. Acabamos, ademais, o Interventor acaba de facer a xestión oportuna agora mesmo, e, esas sancións que en principio vostedes reciben vía ORAL, o ORAL o único que é, é un organismo que o que fai é a tramitación das sancións que nos manda, aparentemente, dentro do que figura nese documento que vostedes teñen, foron instadas a favor da Delegación Provincial de Tráfico, porque se estaban producindo unha serie de altercados nalgúns puntos dentro do casco urbano de municipios como o Rosal ou Tui. Polo tanto … Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Vostede dixo que había unha en Tui, tamén dixo fai … Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- ¡Ah!, vale. Pois nas que son do concello do Rosal veñen instadas pola Delegación Provincial de Tráfico, nunca, en ningún caso, pola Deputación Provincial de Pontevedra. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Polo tanto, Sr. Julio Vicente … Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Sr. Julio Vicente. Vostede cando falou se lle escoitou perfectamente e agora estamos no uso da palabra, se quere respectar o uso da palabra e escoitarnos o vamos a facer, senón, evidentemente, non poderán escoitarnos, polo tanto, Sr. Julio Vicente, Sr. Julio Vicente. Eu lle quero dicir a aqueles que din que non provoque, eu aguantei perfectamente todas e cada unha das manipulacións feitas polo Sr. Julio Vicente. Polo tanto, eu o que quero trasladarlles é que si, dalgunha maneira, a Deputación nalgún momento, instara ou tramitara algún tipo de sanción, que non foi o caso, porque non temos axentes para iso nin moito menos; pois non habería, por suposto, que ningún problema en retirar, automaticamente, esas e cada unha das sancións. Por iso o que teño que trasladarlle, en primeiro lugar, en relación ós temas concretos, porque é o importante, porque outros falan, algúns falan do Grupo do Partido Popular, etc., etc., eu non vou a entrar en cuestións políticas porque vostedes aquí non veñen a falar de política, veñen a falar do seu problema. Polo tanto, o seu problema, como lle digo, neste momento, o que é por parte da Deputación, o que é por parte da Deputación non hai instruída ningunha sanción que sexa propia do ORAL, neste caso o ORAL o único que fai é … Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Sr. Julio Vicente, Sr. Julio Vicente, respecte a opinión e os datos que lle dan os técnicos. Escóitase falar a varias persoas do público. Sr. Presidente.- Polo tanto, volvo a reiterar, volvo a reiterar que neste caso a Deputación non tramita ningunha, por intención propia da Deputación, ningunha sanción, porque, podiámolo haber feito cando pasou algunha cousa aquí e nunca se tramitou cousa parecida nin nada, entendemos que hai un malestar producido por unha estafa, na cal, esta Corporación Provincial sempre estivo á altura das circunstancias e creo que neste sentido mostramos, solidariamente, todo o noso apoio desta Corporación Provincial. Polo tanto, dicir, a maiores, en base ós tres escritos que me trasladaba tamén, José Manuel Estévez, que me parecen, bueno, eu creo que nos parecen razoables, que acabamos de recibir, o que pasa é que os acabamos de recibir agora mesmo, ¿non?. El quere que lle contestemos agora mesmo, en primeiro lugar, sobre unha querella criminal que, bueno, eu xa teño manifestado aquí, nalgunha ocasión, que hai unha serie de responsables que terán que declarar sobre uns feitos, polo tanto, creemos que estamos dentro do que dalgunha maneira habíamos falado no seu momento. As sancións ós afectados, nós, no que se refire á Deputación, e, aparentemente, segundo manifestan agora, só se trata do concello do Rosal, que é onde se producen, noutros casos son da propia Subdelegación do Goberno e da Delegación Provincial de Tráfico que nós non podemos, evidentemente, nin retirar nin cousa parecida porque dependen doutras administracións; e, en terceiro lugar, falando da cuestión da nova entidade que vai a recibir, neste caso, ou vai a recoller a testemuña da xestión de NovaGaliciaBanco, pero que será dentro de dous meses longos, porque só hai, neste caso, unha entidade, que foi gañadora dun concurso, pero faltan aínda, pois, dous meses largos para que esta entidade se faga cargo de NovaGaliciaBanco. De momento é unha adxudicataria provisional que tocaralle a súa xestión, como digo, probablemente, no mes de febreiro, aproximadamente, a partir de aí é normal que poidamos ter, neste caso, unha reunión con esta entidade. Teño manifestado, ademais, que esta Institución, probablemente dende o punto de vista de Galicia é a segunda institución pública de Galicia con maior volume de operación con NovaGaliciaBanco, porque entendíamos que queríamos apostar por unha entidade galega, pasou o que todos xa coñecen e sen embargo nós entendemos que debemos seguir apostando, sempre e cando sexan as circunstancias de mercado para estar ó lado da nova entidade que acaba de comprar a NovaGaliciaBanco. Neste sentido, dicirlle a José Manuel e a todos os afectados que, por suposto, que non hai ningún problema, en que unha vez que sexan propietarios, en adxudicación definitiva, manter unha reunión co propietario, co novo propietario de NovaGaliciaBanco, polo que declaracións que se viron, que son boas intencións todas elas, manifestou que quería buscarlle unha solución ás persoas que agora mesmo aínda non se lle había resolto o problema da estafa na cal foron, neste caso, foi atribuída por NovaGaliciaBanco e esperamos, neste sentido, ter unha solución efectiva para devolverlle ese diñeiro ás persoas que aínda a día de hoxe faltan. Polo tanto, estes tres procesos que me traslada, neste caso, a persoa que, de maneira ordenada e que presentou ademais en Rexistro toda a documentación, como é José Manuel Estévez, en relación ós afectados de Vigo (Val Miñor) pero entendo que deben ser todos, pois vamos a trasladar todo o noso, tamén apoio, como xa se manifestou aquí e iremos dando solución no que toca á Deputación, que é unha contribución económica, que era o que nos trasladaba, porque os outros temas se levarán a cabo no momento que se produzan, como digo a entrevista co novo propietario de NovaGaliciaBanco, que é o propietario actual de Banesco, será cando sexa adxudicatario de maneira definitiva e por iso eu creo que, en todo caso, haberá que tratalo co máximo de cariño para axudarvos neste sentido, no que é a colaboración económica para a plataforma. E iso é o que, dalgunha maneira, desde o propio Grupo do Partido Popular queremos trasladarlle a todos os que están aquí esta mañá, o noso apoio unha vez máis e intentar, xa digo, resolver eses pequenos problemas que poidan faltar a día de hoxe. Escóitase falar a varias persoas do público. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención máis?. D. José Manuel. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Si. Intervén unha persoa do público. Escóitanse berros e aplausos do público. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Tráeos, tráeos, pon aquí, acércaos aquí, lee aquí o que pon ese documento. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- No, no, non leas …, lea todo o que pon ese documento, para que non haxa manipulación. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Léao diante do Interventor ese documento. Lea ese documento, pero exactamente, ¿ou quere que o lea eu?, déame unha copia así leo eu e … Escóitanse berros do público. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Sr. … ¿Quen denuncia?, Sr. Julio Vicente. Aquí pon “tipo de denuncia, Guardia Civil”, pon o número de axente e o número de axente é … Escóitanse berros do público. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Feita por alguén, ¿non?. Este axente non é da Deputación, ¡eh!. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- ¡Ah!, bueno. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- O órgano …, no, no, o órgano recadatorio é a Deputación, que transferiremos no caso de levar a efecto esta sanción, transferiremos ó concello respectivo, que se chama, neste caso … Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Concello do Rosal, que é quen tramita isto. ¿Vale?. Escóitanse berros do público. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Quen tramitou a sanción, ponlle aí, pon “a Garda Civil de Tráfico”, llo pon aí. Escóitanse berros do público. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Vostede coñece ben quen é. Escóitanse berros do público. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Esperemos que si. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Me parece unha boa idea. Intervén unha persoa do público. Escóitanse aplausos e berros do público. Sr. Presidente.- Adiante. Intervén unha persoa do público. Escóitanse aplausos e berros do público. Sr. Presidente.- Mostrar, mostrar, en primeiro lugar, mostrar, mostrarlle, eu pódolle entender e teño que entender toda a preocupación e a solidariedade que vostede nos trata de …, pero, vostede me ve a min, ou me está intentando ver a min, ou mirándome a min, como se eu realmente fose o culpable desa situación. Escóitanse berros do público. Sr. Presidente.- Eu o que lle podo …, eu lle podo entender, lle entendo e comprendo. Escóitanse berros do público. Sr. Presidente.- Comprendo e ... Escóitanse berros do público. Sr. Presidente.- Comprendo e de verdade, lle digo que nos solidarizamos coa súa situación, que entendo que é difícil, ben, entendo que é difícil, entendemos que é moi difícil, pero eu … Escóitanse berros do público. Sr. Presidente.- Queremos trasladarlle o informe, porque eu creo que, o importante, como a min me gusta ser práctico nas cousas, é trasladar a información do que aquí viñemos a tratar, ¿non?. Escóitanse berros do público. Sr. Presidente.- Non, pero … Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Non hai ningún problema. Ningún problema, señora. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Ningún problema en mirarllo. As veces que sexa necesario. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Ningún problema. A ver, queremos dar … Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- ¡Ah, si, claro!. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Por suposto, pero … Intervén unha persoa do público. Escóitanse aplausos e berros do público. Sr. Presidente.- Sr. Julio Vicente non fai falta, que, no seu caso, que me faga tanta publicidade a min porque cando, cando se fai así e se manipula tanta información, vostede mesmo comprobará e os que están escoitando, que saben, que evidentemente, non é verdade, pero en todo caso forma parte … Escóitanse berros do público. Sr. Presidente.- Forma parte do …, como lles dicía, eu creo que é bo, eu creo que é bo que se leven, se veñen aquí, polo menos, que se leven unha información clara, nítida, sobre parte do que falamos. Escóitanse berros do público. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Si, a ti como che paga o sindicato non tes problema, pero … Escóitanse berros do público. Sr. Presidente.- En todo caso, o que lle queremos dar é desde a Intervención … Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Desde a Intervención desta casa … Escóitanse berros do público. Sr. Presidente.- O Interventor …, o Interventor quérelle … Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- O Interventor lles vai a dar unha información, que creo que pode ser do seu interese, en relación a eses trece expedientes sancionadores do Rosal, do concello do Rosal. Escóitanse berros do público. Sr. Interventor.- Ola, bo día, bo día a todos. A Deputación de Pontevedra en materia de Tráfico non ten potestade sancionadora ningunha, simplemente colaboramos, somos unha asistencia técnica ós concellos, pero nós, a Deputación, non pode nin quitar nin poñer sancións. Intervén unha persoa do público. Sr. Interventor.- Non pode, non pode. Intervén unha persoa do público. Sr. Interventor.- ¿Eh?. Intervén unha persoa do público. Sr. Interventor.- Pero iso non ten nada que ver cos políticos. Intervén unha persoa do público. Sr. Interventor.- Pedir si, home, poder podes pedir. ¿Eh?. Espera, que non te oio. Ven para acá. Que non te oio, acércate. Sr. Presidente.- Que te acerques, home. Intervén unha persoa do público. Sr. Interventor.- Ese é un tema político, eu falo de temas técnicos. Intervén unha persoa do público. Sr. Interventor.- Xuridicamente non é así. Outra cousa é que politicamente se poida pedir, se poida solicitar ou interesar ó concello do Rosal que poidan anular as multas, pero hai unha denuncia feita pola Garda Civil de Tráfico. Intervén unha persoa do público. Sr. Interventor.- ¿Eh?. Intervén unha persoa do público. Sr. Interventor.- Os boletíns … Intervén unha persoa do público. Sr. Interventor.- É complicado. Que entendo que é, xuridicamente hai que estudalo, pero, seguramente non, porque hai unhas denuncias duns feitos que se presumen válidos. Intervén unha persoa do público. Sr. Interventor.- Entendo que é moi complicado iso. Intervén unha persoa do público. Sr. Interventor.- Moi complicado, porque, por esa regra de tres calquera sanción … Sr. Presidente.- Por favor. Por favor, por favor, eu creo que é importante … Por favor … Sr. Interventor.- Eu non sei, a verdade é que non oio moi ben este … Sr. Presidente.- Por favor, no, no, está ben, está ben a explicación, está ben. Que se explique … Escóitanse voces do público. Sr. Interventor.- Agora, politicamente, pódese pedir o que se queira, é difícil. Sr. Presidente.- Claro, porque foi instada por alguén que non é o concello nin … Sr. Interventor.- Están os feitos constatados pola Garda Civil, que se presume como … Sr. Presidente.- Como feitos reais. Sr. Interventor.- … feitos reais. Escóitanse voces do público. Sr. Interventor.- Entón, se o concello tramita unhas si e outras non, esa é unha discriminación. Entendo que, xuridicamente, non pode, outra cousa é que se teñan feito, no pasado … Sr. Presidente.- Si, pero agora, actualmente … Sr. Interventor.- Bueno, isto dáse por concluído. Sr. Presidente.- Si, ¿algunha intervención máis?. Escóitanse voces e berros do público. Sr. Presidente.- Si. Escóitanse voces e berros do público. Sr. Presidente.- Vámola poñer … Escóitanse voces e berros do público. Sr. Presidente.- Como lles dicía, bueno, eu sei que, ós propios servizos xurídicos desta casa trasladaremos a vosa petición para ver, como acaba de dicir o Interventor, eu creo que é unha voz autorizada, sen dúbida, nesta casa, porque se podemos resolver iso pois sería importante, pero bueno, neste sentido non é, como acaba de dicir o Interventor, non temos capacidade xurídica nin a Deputación nin o propio concello incluso, porque ten, quen foi, foi un axente de Tráfico que figura aí cun número, un código que ten ese axente de Tráfico, dalgunha maneira, da Garda Civil, quen fixo esa denuncia …, polo tanto, polo tanto, dende aquí instaremos a esa parte por si houbera posibilidade de que se retire, evidentemente, ese tipo de sancións. Pola nosa parte, sería moi positivo logralo, por suposto, pero non está nas mans da Deputación. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- É que queres que me comprometa, se esa non a puxen eu. Escóitanse voces e berros do público. Sr. Presidente.- No, non podo. Ogallá puidera. Se puidéramos nós o aprobaríamos aquí, agora, o aprobaríamos aquí. Escóitanse voces do público. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Si, claro. Si. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Non hai de que, para iso estamos. Intervén unha persoa do público. Escóitanse aplausos e voces do público. Sr. Presidente.- Don Cesáreo Mosquera, ten a palabra. Escóitanse berros e voces do público. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, eu non sei se …, como ten pensado ordenar este debate o Sr. Presidente, pola parte nosa hai presentada unha moción de urxencia que tocaría tratar ó final, pero dado que se modificou a orde pois podía tamén modificarse, ¿non?. En todo caso, en todo caso, en relación ó asunto este, das, vamos dos expedientes tributarios polas pensións ou outro tipo de prestacións cobrados polos emigrantes retornados, pois a situación é absolutamente kafkiana, extraordinaria e que creo que hai que poñer nos seus xustos termos, porque senón todo este fárrago de que se un artigo, un entende, outro interpreta, pois leva a perderse un tanto no medio disto. Eu, me gustaría imaxinar, por exemplo, cando a Xunta de Galicia, e esta Deputación tamén colaborou, lle mandaba unhas pensións cando en Arxentina estaban moi mal. Imaxinemos, por exemplo, que o estado arxentino acordara que o 20 % ou 15 % desas axudas que se lle daban de cen dólares ou o que fora naquel momento, que eran poucos cartos pero axudaron moito, pois llas quitaran, vamos, estaríamos votándonos as mans á cabeza de que é unha, vamos, unha confiscación, de que, aínda por riba de empobrecelos, pois tal. Non digamos que fora, bueno, calquera outro país, en Cuba, en Haití, en Colombia ou o que fora. Porque hai unha traxectoria dun estado e hai uns comportamentos dun estado, este estado obrigou a millóns de persoas a emigrar e viviu desa emigración, sobreviviu desa emigración, das remesas que lle mandaron os emigrantes, e agora, cando volven acá e se quedan cunha pensión, que normalmente é moi pequena porque alí cotizaron dez, quince ou vinte anos, pretende financiar ó estado a conta da contribución doutro sistema de pensións doutros estados, é que é unha auténtica barbaridade, é un auténtico disparate, é que, vamos, eu quedei pasmado cando me enterei disto pensando en que a defunta de miña nai era unha perigosísima defraudadora, porque cobraba, non sei se setecentos euros ou oitocentos, pero tiña cen euros de Alemania, cincuenta de Holanda, trinta de Inglaterra, porque meu pai estivera emigrado neses sitios. É que, de verdade, e con toda a tranquilidade é unha gran bolsa de fraude, neste estado, unha gran bolsa de fraude iso, con todo o que está a caer e con todas as bolsas de fraude que todos sabemos onde hai, é que non é un problema dun artigo, dunha norma, é un problema de concepto, é un problema de que se alguén produciu nun sitio, mandou as remesas, se agora ten unha pequena compensación por volver, por estar residindo aquí que xa lle farán a retención alá ou o que sexa, intentar cobrarllo por debaixo dos límites dunha pensión de aquí, antes deron aí os datos, é que é unha cuestión de que é noxento, ou sexa, é que é un estado, quero dicir, avergónzome deste estado, é que é para dicir, é que hai que tumbalo, hai que avergonzarse deste estado. Escóitanse aplausos e berros do público. Sr. Mosquera Lorenzo.- Claro, e todo isto, igual que outras cosas, porque hai que derivar cartos, por mandato da Unión Europea, para sanear a banca, para salvar ós ricos, é que de verdade, é que de verdade, a indignación non ten límite coas medidas que está tomando este estado. Teño que dicilo así porque é como o sentimos. Moitas grazas. Escóitanse voces e berros do público. Sr. Presidente.- Don Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si. Respecto á intervención que fixo o representante dos emigrantes retornados, mellor non se podía facer, é dicir, totalmente de acordo en toda a análise e as cuestións que planteaba de solución. Eles coñecen moi ben todo o seu proceso e, dende logo, dende o Grupo Provincial Socialista, como xa fixemos na primeira intervención, prestarlles toda a nosa colaboración e todo o noso apoio, porque, dende logo, como el ben dicía, hai unha persecución a estes cidadáns que aportaron durante moitos anos divisas a este país, as seguen aportando agora coas súas pensións, pensións que están servindo, en moitos dos casos, para que poidan estar, fillos, fillas, netos e netas, á conta desta pensión vivindo e de que agora, sen ánimo defraudatorio ningún, porque eles non tiveron ánimo de defraudar, en todos os momentos se lle dixo que non tiñan que facer esa declaración, agora se lle fai unha persecución e ademais que paguen dende fai cinco anos atrás. O certo, o certo é de que nós, o Partido Socialista, mantivo unha reunión en Madrid coa Coordinadora, coa asociación madrileña de emigrantes retornados e onde se lle comunicou a este colectivo a proposición de Lei Reguladora das medidas tributarias para as rendas non declaradas de emigrantes retornados, que o Partido Socialista ten rexistrado no Congreso dos Deputados. Dende logo, o que nós estamos a pedir xa neste momento é que se respecte, que se lle respecte a todos vostedes, que se respecte ós emigrantes retornados. O único que fixeron vostedes foi traballar, ser xente honrada e que, como dicía antes, o único que fixo foi estar aportando ó seu país. Polo tanto, solicitar do Goberno de España como mínimo ese respecto que vostedes merecen, dende logo, respaldar todas as reivindicacións que vostedes fan, especialmente, aquelas referidas a que non se aplique de forma retroactiva a Lei para que non teñan que pagar con eses cinco anos atrás. Escóitanse voces do público. Sr. Rodríguez Díaz.- Reitero, vostedes nunca tiveron intención de defraudar, sempre tiveron a intención de cumprir coa legalidade vixente. Dende logo, dende logo, eu creo que, nós cremos que Facenda ten algún obxectivo máis digno que facer, como é perseguir ós grandes delincuentes e, algúns vemos aquí que se cesan a delegados de Facenda porque o Ministro foi asesor desa empresa, o Ministro Montoro foi asesor de Cemex, por iso agora se cesa. Pois miren, pois miren, teñen algo mellor que facer que é perseguir a eses grandes defraudadores en vez de estar aplicando algo irregular a todos vostedes. E aquí en Galicia, ademais, a administración autonómica lle manifestou de que estaban exentos de tributación, aquí en Galicia, expresamente, se lles manifestou por parte da Xunta de Galicia que tiñan iso exento. Polo tanto, remato dicindo que con esa proposición de Lei que nós temos rexistrada, que se solucione o problema e, en todo caso, nesta provincia, o Grupo Provincial Socialista queda á súa enteira disposición para esas xustas reivindicacións que hoxe trouxeron aquí moi dignamente. Moitas gracias. Escóitanse berros e aplausos do público. Sr. Presidente.- A ver, por orde porque senón … Sr. Rodríguez Díaz.- Me quedaba, desculpa, me quedaba atrás que nós temos coñecemento da moción que presenta ou que tiña previsto presentar e que anunciou o Portavoz do Bloque Nacionalista Galego referido a vostedes e que nós, dende logo, apoiamos, primeiro, que se trate, e, segundo, o seu contido. Moitas gracias. Escóitanse voces do público. Intervén unha persoa do público. Escóitanse aplausos do público. Sr. Rodríguez Díaz.- Solo un minuto, totalmente de acordo, como ben vostede dicía ó inicio da súa intervención anterior, de que isto require unha solución política, porque son decisións políticas e se votan onde se votan e teñen os efectos que teñen. Nós o trasladaremos así ós nosos deputados nas Cortes e, tamén, que no trámite tamén se poden poñer modificacións. E, vostede tamén nos recordaba que quen goberna en Madrid é o Partido Popular, quen goberna na Xunta de Galicia é o Partido Popular, quen goberna na Deputación de Pontevedra é o Partido Popular. Polo tanto, conten, reitero, con todo o apoio, conten con todo o apoio do Grupo Provincial Socialista. Moitas gracias. Escóitanse berros do público. Intervén unha persoa do público. Escóitanse aplausos e berros do público. Sr. Presidente.- Bueno, pois eu creo que, primeiro, que temos que mostrar, alcaldes que aquí están, eu mesmo, xa tivemos varias reunións con coordinadoras e plataformas de afectados por, neste caso, as pensións e as reclamacións que está tramitando a Axencia Tributaria a persoas que estiveron traballando toda unha vida fóra e finalmente, bueno, pois, aparentemente, segundo manifesta a Axencia Tributaria, se di que hai unhas sancións en curso nas cales, bueno, eu puiden entender e como xa se dixo aquí, é real de que a historia deste país no que vivimos, que se chama Galicia, non se escribiría, probablemente, sen as persoas que hoxe están e que estiveron na emigración. Polo tanto, en primeiro lugar, nós temos que mostrar toda a solidariedade, eu creo que se entramos en calquera discusión de demagoxia, dicindo que se o Partido Popular isto, se o Partido Popular aquilo e se di, por parte do Partido Socialista, que é o Partido Popular quen ten a responsabilidade de todos os males, pois, en todo caso hai que ser consciente e coherente co que poidamos facer aquí e se queremos falar con sinceridade, nós estamos ó lado, evidentemente, das persoas que sofren este problema porque entendemos que hai que buscarlle … Escóitanse berros do público. Sr. Presidente.- Hai que buscarlle, na medida das posibilidades, unha solución, pero creo que ningún Ministro nin ningunha autoridade competente na materia, ningunha autoridade competente na materia, sexa de calquera partido político, queira actuar contra ninguén … Escóitanse berros do público. Sr. Presidente.- Iso debe quedar claro, outra cousa é que, neste caso, o que está pedindo, neste caso, o Grupo do Partido Popular é que non se leven a cabo ningún tipo de sancións para as persoas que por desinformación ou por non informarlle debidamente, non houberan tributado, en algún caso, por algunha pensión que si tiñan que habelo feito, iso é o primeiro que pedimos. E,en segundo lugar, se houbera tamén a posibilidade, niso é o que pedimos, neste caso, ós colectivos que nos habíamos reunido con eles, que se había algún tipo de sanción, que calquera tipo de compensación económica se fixera nun pago fraccionado para non ocasionarlle ás persoas … Escóitanse berros do público. Sr. Presidente.- Eu sei, eu sei que a todos nos gusta oír aquilo de que debemos … debemos … Escóitanse berros do público. Sr. Presidente.- Eu, acabo de manifestar, que naqueles casos onde houbera habido unha obrigación, que non son a maioría, o que manifestou o Partido Popular que naqueles casos que son minoría, onde houbera que tributar e que non se houbera feito, que non existira ningún tipo de sanción xa que foi, entendemos que por desinformación e, polo tanto, que se buscara vías para que esa persoa non tivera que levar a cabo ese pago porque ademais viven dunha pensión … neste caso … polo tanto … Escóitanse voces e berros do público. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Adiante, si, tranquilos que lle damos o micro. Eu creo que estamos sendo respectuosos ante todo. Escóitanse berros do público. Sr. Presidente- Estamos sendo respectuosos, polo tanto, que poidamos continuar. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- A entendo e nos solidarizamos con elas, sen dúbida. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Pero vostede estará, vostede estará de acordo comigo, evidentemente, vostede quere oír o que dalgunha maneira é unha demanda xusta, que a min me parece xusta, vostede quere oír, e me parece perfecto, e vostede non sei se asistiu a algún pleno onde estiven eu, que eu respaldei maioritariamente unha moción, eu persoalmente, eu persoalmente respaldei esa moción. Polo tanto, vostede quere oír, evidentemente, pois igual, entón, se quere oír de min como un político calquera, quere oír, “non, que todo é marabilloso”, que lle vou a dicir “tal” e despois se queda en nada, iso non vai comigo, ¿de acordo?, non vai comigo. Polo tanto, eu o que si teño que dicirlle é que temos que entre todos buscar unha solución, pero aquí somos responsables todos, os políticos de antes e de agora desta situación, por non haber informado debidamente, todos, somos todos, ¿vale?. Escóitanse voces e berros do público. Sr. Presidente.- Todos somos responsables desa situación, todos, incluso os que non contribuíron tamén a iso, incluso tamén os que non contribuíron. Polo tanto … ¡Eh!. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Bueno, claro, entón, ¿que quere oír de min?. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Seguramente. Intervén unha persoa do público. Sr. Presidente.- Vale. Intervén unha persoa do público. Escóitanse aplausos do público. Intervén unha persoa do público. Escóitanse voces e berros do público. Sr. Presidente.- Bueno, propoño entón ós grupos da corporación, que poidamos continuar con esta sesión que, en principio, se dou apertura a escoitar ás persoas que nos trasladaban as súas reivindicacións. Éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: a) Parte resolutiva: 1.6419.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DO SOLO, SUBSOLO OU VOO DAS VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS A FAVOR DE EMPRESAS EXPLOTADORAS DE SERVIZOS DE SUBMINISTRACIÓN QUE RESULTEN DE INTERESE XERAL, FUNDAMENTALMENTE DA ENERXÍA ASÍ COMO A EMISIÓN, RECADACIÓN E REVISIÓN DA LIQUIDACIÓN DERIVADA DESTA (TAXA 1,5%) Sr. Presidente.- E agora temos, como primeiro punto do orden do día, a delegación do concello de Pazos de Borbén na Deputación, bueno, pois as facultades de inspección, liquidación e varios, así como a emisión, a recadación e revisión da liquidación derivada da taxa do 1,5 %. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Pazos de Borbén na sesión celebrada o día 30 de outubro de 2013 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración que resulten de interese xeral, fundamentalmente de enerxía, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada desta (taxa 1,5 %). Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar a delegación efectuada polo concello de Pazos de Borbén para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración que resulten de interese xeral, fundamentalmente de enerxía, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada desta (taxa 1,5 %). 1. Esta delegación do concello de Pazos de Borbén será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios, e sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 08/06/2012, a Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) desta Deputación de Pontevedra, aprobada polo Pleno da Deputación en data 22/02/2013 e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, á normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 2. Facúltase ó Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Pazos de Borbén así coma os demais documentos que procedan. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Pazos de Borbén para exercer as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración que resulten de interese xeral, fundamentalmente de enerxía, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada desta (taxa 1,5 %), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 2.6420.- PRÓRROGA DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS PROVINCIAIS-2013 (POSP/13) Sr. Presidente.- O punto número dous é a prórroga do Plan de Obras e Servizos Provinciais 2013. Don Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, hoxe tivemos a ocasión de ver aquí a dous colectivos que realmente expresaban todo o seu desacougo e descontento e eu quero, neste senso, mostrar de novo a nosa solidariedade do grupo con eles, pero tamén que creo que foi o mellor comportamento deste Pleno, do seu Presidente, de poder facer e celebrar o Pleno. Noutros casos se ía a porta pechada e sobre todo cando é un Pleno importante, se trae este segundo punto que é o Plan de Obras e Servizos Provinciais e tamén a aprobación definitiva dos presupostos. Eu, neste senso, pois, recoñecer de que foi ben levado e de que poidamos agora celebralo. Ben, indo ó Plan, á prórroga esta do Plan de Obras e Servizos, temos que dicirlle de que esta é a demostración palpable da incapacidade da suxestión. Vemos de que vostedes queren, ademais, asumir a xestión de concellos de menos de vinte mil habitantes e, sen embargo, vemos que a súa xestión diaria ofrece lagoas importantes. Este é o exemplo máis claro desta incapacidade, porque nos traen ó Pleno a prórroga do Plan de Obras e Servizos do ano 2013. Cando vostedes aprobaron no Pleno de 7 de agosto este plan, xa sabían que ía ser imposible de cumprir, porque se aprobou no mes de agosto, toda a súa tramitación fíxose en outono e só a adxudicación das axudas se fixeron, só adxudicacións, e o dixemos xa nalgún Pleno, por valor de seis millóns de euros neste mes de decembro. Pero claro, isto é algo que vén sendo habitual na forma de facer política e de executar os orzamentos, dos cales xa falaremos no punto que vén a continuación, na orde do día deste Pleno, pero vemos que, o seu empeño persoal, Sr. Louzán, de controlar todas as obras, de facer toda a contratación e tramitación desde aquí, o que fan é que haxa un retraso, neste caso, de execución e ademais, que provoca unha parálise neste senso. Porque miren, aínda teñen sen executar a totalidade das obras do Plan de Investimentos da Deputación do ano 2012, e agora se vén a pedir a prórroga do Plan de Obras e Servizos. Se vostedes deixaran que os concellos contrataran cada un deles as súas obras seguro que se poderían, seguro, executar dentro do ano. Vamos a repetilo unha vez máis, o fixeron co Plan E ou o chamado Plan Zapatero, fixeron a contratación e a adxudicación, todo, e o seguimento das obras sen ningún problema, iso axudaría tamén a que estivéramos ó día; e tamén pasa, pois cos mesmos convenios de Servizos Sociais, dos cales temos a Moción e falaremos a continuación. Moi brevemente, dotan este Plan de Obras e Servizos 2013 de quince millóns de euros, coma sempre gárdanse un dez por cento pois para adxudicación directa, para que o propio Presidente, o Sr. Louzán, dispoña del pois para aqueles concellos que considere máis oportuno, ¿non?. Pero, vemos que a realidade é que os propios funcionarios desta Deputación xa recoñecen e leo, textualmente, a proposta que se nos presenta a este Pleno de hoxe, é necesario prorrogar ata finais do vindeiro ano xa que non é posible realizar a tramitación completa do Plan no presente ano, a tramitación completa. Se a fixeran os concellos estaría feita esta tramitación completa. Ben, esta é a tónica que vemos ano tras ano, que vostedes fan en todas as cousas, vemos como neste ano 2013 se incorporaron trinta millóns de euros, para o ano 2014, irán cambiando tamén deste ano para o ano 2014, a saber cantos millóns, e, dende logo, insistimos, esta é unha xestión do Presidente da Deputación, do Sr. Louzán, que é unha xestión incapaz para executar e cumprir os seus propios plans. No Plan de Obras e Servizos 2013 ten repartidos só o 40 %, como dicía anteriormente, no mes de decembro, o cal non quere dicir que estas obras comezaran xa a executarse, están adxudicadas pero seguro que non se executaron aínda, e ademais todas estas teñen que adxudicar os seus proxectos. Precisamente, esta é a nosa queixa principal, insisto que hai que deixar de tratar ós concellos como menores de idade, que sexan eles, os alcaldes dos respectivos concellos, quen adxudiquen estas obras cos seus respectivos concursos públicos. Deixe de controlar todas as obras da provincia e, en fin, deixe traballar ós concellos que a súa eficacia e eficiencia xa a demostraron. Dende logo, nós vamos apoiar esta prórroga, por suposto, porque estas inversións son necesarias máis que nunca, serven para a mellora do emprego e a economía en xeral. Pero si queremos salientar a nosa preocupación por estes retrasos sufridos polo seu empeño, persoal, insisto, en querer controlalo todo e non deixar que os concellos fagan esta tramitación. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, moi breve tamén, é dicir, vamos a ver, todo o que está argumentando o Sr. Santos Héctor, eu lle contraargumentaría todo o contrario, é dicir, durante catro meses se adxudicaron o 80 % destas obras, xa están en marcha, polo tanto, eu creo que o que hai é unha magnífica xestión nesta casa, tanto no departamento de Contratación como no departamento de Vías e Obras. Vostede sabe das dificultades que teñen as obras pequenas e isto, ¿que xera?, pois xera un control importante á hora de que as obras se fagan en condicións, se fagan nos seus tempos e se fagan as obras en marcha como así sinalan cada un dos Proxectos. Eu creo que dende os últimos anos deu resultado esta maneira de traballar e polo tanto, eu creo que o que hai é que felicitar ós departamentos tanto de Intervención e de Contratación como ós propios departamentos de Obras. Polo tanto, vamos a seguir traballando nesta mesma dirección, o importante é que ós concellos sigan chegando obras, sigan chegando plans de obras e servizos e se están facendo e se están axustando, ademais, ano a ano, segundo se vai producindo a necesidade, e eu creo que isto é importante, vostede, seguramente, pois mira como un defecto que se poida facer unha modificación de crédito nun momento determinado, eu creo que é unha vantaxe porque hai momentos concretos onde hai posibilidades de modificacións que se poden levar a cabo, porque hai esa necesidade ou porque a economía o permite e así o fixemos e así tamén estamos co tema da débeda, de débeda cero e tamén de que esta casa se endebede o menos posible como levamos nos últimos tres, catro anos. Aquí se dicía, hai catro ou cinco anos, que esta casa estaba na quebra e resulta que agora é unha das institucións máis solventes que hai en Galicia e eu diría que no resto de España, polo tanto, iso tamén hai que valoralo. Eu creo que esta é a maneira de traballar, con planificación, pero tamén con moderación e intentando facer as cousas segundo se van marcando os tempos e segundo se necesitan. Polo tanto, o importante de todo isto é que ós concellos cheguen os Plans de Obras, que os Plans de Obras se están levando a cabo, se están levando con rigor, con seriedade, con responsabilidade e polo tanto, eu animaría ó contrario do argumento que dá vostede, mire o que son as cousas, vostede está dicindo unha cousa e eu lle estou dicindo que o mellor é o contrario do que está dicindo vostede. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Figueroa. Bueno, eu creo que está claro, porque nos avalan os datos e non outra cousa e reiterarlle tamén a D. Santos Héctor, que aquí, en relación á manifestación do principio, igual que hoxe, todos puideron falar o tempo ilimitado e polo tanto, en ningún momento se lle cortou a posibilidade de que falara, non os membros da corporación só senón calquera que veu aquí. Certo é, certo é que despois de catro, cinco, seis horas, pois entendíamos que a vida da Deputación debe seguir e se puxo en marcha un Pleno, o cal vostedes asistiron ou non asistiron, pero sempre se fixo iso e se vai a seguir facendo. Todo o mundo poderá vir aquí, opinar e trasladarnos as súas reivindicacións, ás veces de maneira pois educada, outras veces non tanto, pero en todo caso sempre, cuestión que noutros sitios probablemente se lle restrinxe máis o paso a un número limitado. Aquí o número é ilimitado, ata a capacidade total da sala, esa é a gran diferenza. Polo tanto, vamos a proceder en todo caso a votación desta prórroga. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Resultando que, en virtude das competencias que lle atribúe a lexislación vixente, a Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do seu Pleno, celebrada o 7 de agosto de 2013, aprobou as Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos Provinciais-2013 (POSP/13), que foron publicadas no BOP núm. 155 do 14/08/2013. Resultando que este Plan se concibe coa pretensión de financiar, por un lado, aqueles investimentos necesarios para os concellos e de colaborar con eles na regularización da súa situación financeira cun programa de axudas dirixido a subvencionar os gastos correntes nos que incorren as entidades locais na súa actividade como xestores públicos, co obxectivo de acadar o maior beneficio social tanto a nivel da atención ó cidadán coma no correcto funcionamento interno. Ademais, a Deputación de Pontevedra quere contribuír a sostibilidade financeira dos concellos da provincia e por iso un dos eixes desta liña de subvencións é dotar dun instrumento esencial ós concellos da provincia que permita o cumprimento, por parte destes, dos prazos de pagamento marcados pola actual lexislación contractual (Real decreto lexislativo 2/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público e a Lei 3/2004, de medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, así como garantir o cumprimento dos límites fixados pola lexislación de estabilidade orzamentaria, o que redundará de forma substancial nunha mellor situación económica das entidades locais (Lei 2/2012, de estabilidade orzamentaria). Resultando que para acometer estas medidas de apoio ós concellos se dotou ó POSP/13 con 15 millóns de euros, cuxa aplicación é necesario prorrogar ata finais do vindeiro ano, xa que non é posible realizar a tramitación completa do Plan no presente ano. Resultando que o dito Plan concíbese no exercicio 2013, pero a súa execución esténdese ó longo do vindeiro ano 2014, segundo se sinala na súa Base Décimo Sexta, polo que se debe entender vixente tamén na anualidade 2014. Considerando que de acordo co disposto nos artigos 182 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 34 e ss. do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, os créditos do POSP/13 non comprometidos a 31 de decembro de 2013, incorporaranse ó orzamento de 2014, previa tramitación do correspondente expediente de incorporación de remanentes de crédito, unha vez aprobada a liquidación do orzamento xeral de 2013. Resultando que este crédito, cumprido o anterior, poderá ser aplicado, seguindo o disposto nos artigos 22.1 e 27 da Lei xeral de subvencións, na Base 25.2ª dos Orzamentos provinciais e nas Bases Reguladoras do POSP/13, ata o fin do Plan. Vistos os informes da xefa do Servizo de Cooperación, da Secretaría Xeral e da Intervención, visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal e o resto da documentación que obra no expediente, o Pleno da Corporación Provincial acorda por unanimidade aprobar a prórroga da aplicación do crédito e concesión de subvencións do Plan de Obras e Servizos Provinciais 2013 (POSP/13) ata o 31/12/2014 e ampliar o seu prazo de execución ata o 30/06/2015. 3.6421.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “PONTE RÍO DEVA-ROTONDA ENLACE EP-5002 CON EP-5102 PONTE DAS ACHAS (A CAÑIZA)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número tres. Aprobación inicial do Proxecto “Ponte Río Deva-rotonda enlace EP-5002 en Ponte Achas (A Cañiza)”, e exposición pública do mesmo e solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. Se non hai intervencións, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Ponte río Deva – rotonda enlace EP-5002 con EP-5102 Ponte das Achas–Achas (A Cañiza)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 650.369,97 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 558.127,31 euros e capítulo de expropiacións por importe de 92.242,66 euros, ten por obxecto o ensanche e a mellora do trazado da devandita estrada provincial. A finalidade da actuación proxectada é a construción dunha variante da estrada provincial EP-5102 Lamosa–Franqueira–Achas, polo que resulta necesario construír unha ponte para salvar o paso do río Deva. Ademais, tamén se contempla a construción dunha rotonda de enlace da antedita estrada coa EP-5002 Cañiza–Mourentán. A xustificación do proxecto vén dada a causa de que na actualidade a densidade de tráfico por estas dúas estradas provinciais aumentou notablemente, polo que é preciso a construción dunha variante que mellore a circulación do tráfico rodado. Para iso o proxecto plantea un novo trazado que unirá as dúas estradas provinciais a través dunha ponte e na que se inclúe a construción dunha rotonda co que se pretende mellorar a circulación do tráfico rodado e, por conseguinte, a seguridade viaria. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación inicial do proxecto “Ponte río Deva – rotonda enlace EP-5002 con EP-5102 Ponte das Achas–Achas (A Cañiza)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 650.369,97 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 558.127,31 euros e capítulo de expropiacións por importe de 92.242,66 euros. Segundo.- A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que leva consigo, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. Terceiro.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da présa que reviste a execución da obra. Cuarto.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Quinto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas vén xustificada pola necesidade de mellorar a circulación do tráfico rodado a través da construción da antedita variante, conseguindo así reforzar a seguridade viaria. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. 4.6422.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “VARIANTE NO LUGAR DE REBÓN NA EP-0503 (MORAÑA)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Tamén a aprobación inicial do Proxecto “Variante no lugar de Rebón (Moraña)”. Exposición pública do mesmo e solicitude á Xunta de Galicia da urxente ocupación desta variante. Se non hai intervencións, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Variante no lugar de Rebón na EP-0503 (Moraña)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 1.046.820,14 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 845.416,35 euros e capítulo de expropiacións por importe de 201.403,79 euros, ten por obxecto a mellora do trazado da devandita estrada provincial. A finalidade da actuación proxectada e construción dunha variante no lugar de Rebón, na estrada provincial EP-0503 Mane–Rebón, coa finalidade de mellorar o trazado e, por conseguinte, a seguridade viaria. A xustificación do proxecto vén dada a causa de que o trazado actual que presenta a mencionada estrada provincial é moi sinuoso, contando na zona obxecto da obra con 31 aliñacións o que supón, para unha lonxitude de apenas 1,28 km, unha aliñación cada 40 metros. Para iso o proxecto plantea un novo trazado que mellorará de xeito notable a seguridade viaria na estrada provincial. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación inicial do proxecto “Variante no lugar de Rebón na EP-0503 (Moraña)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 1.046.820,14 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 845.416,35 euros e capítulo de expropiacións por importe de 201.403,79 euros. Segundo.- A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que leva consigo, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. Terceiro.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da présa que reviste a execución da obra. Cuarto.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Quinto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas vén xustificada pola necesidade de mellorar a circulación do tráfico rodado a través da construción da antedita variante, conseguindo así reforzar a seguridade viaria. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. 5.6423.- CAMBIO DE TITULARIDADE E POSTERIOR ENTREGA Ó CONCELLO DE COTOBADE DAS ESTRADAS (EP-0408, 0409, 0410, 0411) Sr. Presidente.- Punto número cinco. Cambio de titularidade e posterior entrega ó concello de Cotobade das estradas EP-0408, 0409, 0410, 0411. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito remitido dende o concello de Cotobade a través do cal solicita á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade e posterior entrega das estradas provinciais EP-0408, EP-0409, EP-0410 e EP-0411. Visto o informe emitido o 13 de decembro de 2013 pola Enxeñeira T. Xefa da Zona Norte favorable ó cambio de titularidade solicitado, xa que a devandita estrada provincial polo seu trazado, lonxitude, e a súa funcionalidade actual, xa non reúne as características propias dunha estrada provincial; ademais, con esta transferencia, o concello de Cotobade poderá garantir o mellor mantemento da estrada e levar un control máis directo sobre a mesma para evitar posibles ocupacións indebidas do dominio público, notas todas elas que aconsellan o seu cambio de titularidade a favor do concello de Forcarei de acordo co disposto nos artigos 9 da Lei 8/2013 de Estradas de Galicia e 2 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. Considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- O cambio de titularidade a favor do concello de Cotobade das estradas provinciais EP-0408, EP-0409, EP-0410 e EP-0411, cunha lonxitude total de 5.220,00 metros. Dito viario incorporarase á relación de estradas de titularidade do concello de Forcarei tal e como sinala o artigo 10.6 da Lei 8/2013, de Estradas de Galicia. Correspóndelle ó concello de Cotobade, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular da estrada. Segundo.- Facúltase ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura da acta de entrega que con tal fin se elabore. 6.6424.- APROBACIÓN DOS ANTICIPOS ORDINARIOS DE RECADACIÓN ÓS CONCELLOS PARA O ANO 2014 Sr. Presidente.- Punto número seis. Aprobación dos anticipos ordinarios de recadación ós concellos para o ano 2014. Isto é do ORAL, ¿non?. Sr. Figueroa Vila.- É unha ampliación ós concellos de anticipos de cincuenta e tres millóns de euros, de xaneiro a xullo, trinta e nove millóns douscentos noventa e dous mil e de agosto a outubro, trece millóns oitocentos vinte e un mil euros, o total de anticipos, cincuenta e tres millóns cento dezaoito mil. Eu creo que é un magnífico labor, que hai que felicitar a todo o departamento ou responsables do ORAL porque se está facendo un bo traballo e, bueno, creo que é inflarlle ós concellos pois unhas cantidades importantes que se lle van adiantando e que, loxicamente, lle veñen moi ben na situación económica na que se está. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Figueroa. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Co fin de colaborar na xestión económico financeira dos concellos, de conformidade ó disposto no artigo 149 do Real Decreto lexislativo 2/2004, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, contémplase a posibilidade de concederlles anticipos a conta da recadación delegada. Resultando que o Tesoureiro da Deputación informa en data 17 de decembro de 2013 do cálculo mensual das entregas á conta de recadación para 2013 ós concellos que teñen delegada na Deputación a xestión e recadación en período voluntario referida ós impostos de IBI Urbana, IBI Características Especiais, IAE Censo e IVTM. Resultando que a base de cálculo para estas entregas é a recadación en período voluntario referida ó 2013, que resulta de dividir en doce partes o 100 % das recadacións obtidas en 2013 polos impostos IBI urbana, IBI Características Especiais, IAE Censo e IVTM. Resultando que o importe mensual dos anticipos de xaneiro a xullo será de 5.613.251,29 €, e unha vez finalizado o período voluntario de cobro do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica e practicada a correspondente liquidación, minorarase a contía mensual no importe referido ó anticipo de IVTM, resultando entregas mensuais polos conceptos de IBI (imposto sobre bens de natureza urbana) BICES (Bens de características especiais) e IAE (Imposto sobre actividades económicas) por un importe de 4.608.423,27 € para o mes de agosto e seguintes, ata como máximo o mes de outubro, polo que os anticipos totais serán os seguintes: PERIODO IMPORTE MENSUAL Nº MESES IMPORTE TOTAL XANEIRO- XULLO 5.613.251,29 € 7 39.292.759,03 € AGOSTO-OUTUBRO 4.608.423,27 € 3 13.825.269,81 € TOTAL ANTICIPOS 53.118.028,84 € O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de anticipos ordinarios de recadación mensuais ós concellos para o exercicio 2014, coa desagregación e distribución que se achega na táboa seguinte, tendo en conta as variables estimadas para o seu cálculo. No caso de que as recadacións en período voluntario non foran suficientes para compensar o anticipado, detraerase o exceso na liquidación de executiva e liquidacións directas inmediatamente posteriores. Os importes mensuais individualizados por concellos para os meses de xaneiro a xullo son os que se indican: COD_CONC CONCELLOS TOTAL ANTICIPOS XANEIRO A XULLO TOTAL ANTICIPOS AGOSTO A OUTUBRO TOTAL ANTICIPOS 2014 36001 ARBO 246.334,62 84.842,13 331.176,75 36002 BARRO 299.538,47 87.060,03 386.598,50 36003 BAIONA 1.787.453,57 666.221,76 2.453.675,33 36005 CALDAS DE REIS 1.052.643,76 352.509,81 1.405.153,57 36006 CAMBADOS 1.097.324,83 346.591,50 1.443.916,33 36007 CAMPO LAMEIRO 153.721,54 45.766,77 199.488,31 36008 CANGAS 1.413.137,53 605.630,37 2.018.767,90 36009 CAÑIZA (A) 456.524,67 162.146,25 618.670,92 36010 CATOIRA 328.786,36 112.810,56 441.596,92 36011 CERDEDO 123.746,91 39.559,32 163.306,23 36012 COTOBADE 239.729,21 64.412,19 304.141,40 36013 COVELO (O) 316.226,47 115.915,23 432.141,70 36014 CRECENTE 128.170,00 40.543,77 168.713,77 36015 CUNTIS 308.730,03 90.536,19 399.266,22 36016 DOZÓN 66.999,80 20.161,65 87.161,45 36017 ESTRADA (A) 1.425.905,32 611.102,28 2.037.007,60 36020 AGOLADA 206.086,30 68.548,68 274.634,98 36021 GONDOMAR 1.626.788,10 579.345,63 2.206.133,73 36024 LALÍN 2.573.740,19 916.744,05 3.490.484,24 36025 LAMA (A) 187.414,01 60.458,01 247.872,02 36027 MEAÑO 441.706,86 143.461,56 585.168,42 36028 MEIS 430.522,68 116.531,67 547.054,35 36029 MOAÑA 1.365.175,98 434.669,55 1.799.845,53 36030 MONDARIZ 383.344,99 119.751,69 503.096,68 36031 MONDARIZ-BALNEARIO 86.545,41 31.505,01 118.050,42 36032 MORAÑA 253.546,16 75.760,02 329.306,18 36033 MOS 984.887,26 422.094,54 1.406.981,80 36034 NEVES (AS) 245.874,65 66.511,05 312.385,70 36035 NIGRÁN 2.204.528,06 944.797,74 3.149.325,80 36036 OIA 141.415,40 36.840,75 178.256,15 36037 PAZOS DE BORBÉN 160.310,01 43.995,15 204.305,16 36039 PORRIÑO (O) 2.479.865,99 898.699,11 3.378.565,10 36040 PORTAS 159.895,05 36.232,53 196.127,58 36041 POIO 1.747.511,22 623.004,09 2.370.515,31 36042 PONTEAREAS 1.592.972,50 491.524,83 2.084.497,33 36043 PONTE-CALDELAS 436.573,55 140.599,53 577.173,08 36044 PONTECESURES 335.237,91 121.029,66 456.267,57 36046 RIBADUMIA 551.397,28 193.996,92 745.394,20 36047 RODEIRO 264.833,38 87.921,27 352.754,65 36048 ROSAL (O) 508.684,82 161.630,79 670.315,61 36049 SALCEDA DE CASELAS 585.180,19 173.548,53 758.728,72 36050 SALVATERRA DE MIÑO 684.836,18 206.595,75 891.431,93 36051 SANXENXO 3.721.114,18 1.447.924,35 5.169.038,53 36052 SILLEDA 840.083,65 266.829,66 1.106.913,31 36053 SOUTOMAIOR 406.298,41 123.471,18 529.769,59 36054 TOMIÑO 1.108.650,76 364.737,90 1.473.388,66 36055 TUI 1.236.988,97 379.044,54 1.616.033,51 36056 VALGA 323.708,98 92.479,80 416.188,78 36058 VILABOA 212.245,88 90.962,52 303.208,40 36059 VILA DE CRUCES 589.624,14 191.627,22 781.251,36 36061 VILANOVA DE AROUSA 770.196,84 226.584,72 996.781,56 TOTAL 39.292.759,03 13.825.269,81 53.118.028,84 2. No caso de que durante o ano 2014 se produzan novas delegacións de impostos referidos a estes anticipos, autorízase, previo informe da Tesourería, o incremento proporcional dos anticipos mensuais no importe correspondente a cada concello e imposto incorporado. 7.6425.- CORRECCIÓN DE ERROS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O EXERCICIO 2014 Sr. Presidente.- Tamén corrección de erros e aprobación definitiva do Orzamento. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, aquí veñen dous temas, o Orzamento máis, que non hai ningunha alegación, que non se presentou ningunha, polo tanto, estaría aprobado automaticamente e, a maiores, unha corrección de erros que son cuestións puramente técnicas. ¿É así non, Sr. Interventor ou Sr. Secretario?. Sr. Presidente.- Ben, ¿hai que aprobar isto?. Sr. Secretario.- Si. Sr. Presidente.- Se aproba … Sr. Interventor.- A corrección de erros. Sr. Presidente.- A corrección de erros. ¿Votos en contra?. Si. ¡Ah!. Si. Si. vale, vale. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?, neste caso da corrección de erros. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, aprobar as seguintes correccións de erros no Orzamento provincial para o ano 2014: 1) Na relación de postos de traballo de persoal funcionario do ORAL: reasígnase o factor de dedicación a un posto de traballo de administrativo e suprímese dito subconcepto retributivo nun posto de traballo de técnico medio grupo A2. 2) Na relación de postos de persoal colaborador da Escola Universitaria de Enfermería: substitúese un posto de profesor de saúde, dependencia e vulnerabilidade para todo o curso académico 2013/2014, por dous postos a tempo parcial, un de profesor de prácticas clínicas III para o primeiro semestre e outro de prácticas clínicas IV para o segundo semestre. 3) Nas Bases de aplicación de retribucións: modifícanse os seguintes apartados: - Para proceder ó abono do complemento de produtividade dos meses de xuño, setembro e decembro ós empregados en situación de baixa por incapacidade temporal de duración superior a 6 meses ininterrompidos, requirirase ditame da Comisión Paritaria Mixta. - As horas extraordinarias compensaranse preferentemente con tempo de descanso acumulable a razón de dúas horas por cada unha realizada, salvo nos casos de horas nocturnas ou en días festivos, que terán unha compensación de dúas horas e media por cada unha realizada. Non procede dita compensación nos excesos de xornada de duración inferior a unha hora. En calquera caso a compensación efectuarase previo informe do xefe de servizo ou centro xustificativo da necesidade de realizar traballos fóra da xornada laboral e por autorización da Presidencia. - A Presidencia, en función das necesidades dos servizos ou as esixencias da Corporación provincial, fixará, con carácter xeral, a xornada de traballo do persoal que teña asignada a dedicación entre as 15,15 e as 7,45 horas. Por conseguinte, non habéndose producido reclamacións no prazo de exposición ó público do mesmo, de conformidade co disposto no artigo 169.1 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, queda definitivamente aprobado o Orzamento Provincial para o ano 2014. Sr. Presidente.- Punto número oito. Moción do Grupo Provincial Socialista relativa á tramitación dos convenios cos concellos de menos de 20.000 habitantes. Sr. … .- É que vai todo xunto. Sr. Secretario.- Es que es consecuencia. Sr. Interventor.- O presuposto xa está definitivamente aprobado. Sr. Presidente.- É igual, agora darlle a aprobación, xa que está aprobado automaticamente déixao así. Sr. Figueroa Vila.- É que eu xa estaba, a ver …, eu xa estaba mirando que vostede … Sr. Interventor.- É unha corrección de erros. Sr. Secretario.- Si no hubiese corrección de errores no habría que traer el presupuesto. Sr. Figueroa Vila.- Pero, como pensábamos que o ía votar a … Escoitase falar pero non se identifica a persoa. Sr. Figueroa Vila.- Non, a ver ... Sr. Secretario.- Es que tiene que venir antes. Sr. Figueroa Vila.- Xa, pero o presuposto está aprobado porque non hai ningunha alegación presentada. Escoitase falar pero non se identifica a persoa. Sr. Interventor.- Estades de acordo os dous. Sr. Secretario.- Bueno, yo lo pongo así en el acta. Sr. Interventor.- Es corrección de errores y no hubo alegaciones. Sr. Secretario.- Claro, si es así. Si, es que es consecuente. Sr. Interventor.- Solamente se aprueba … Sr. Presidente.- Confiámoslle da boa intención. Sr. Interventor.- Claro, se aprueba sólo la corrección de errores. Sr. Secretario.- Ya, ya. Si ya lo sé. Sr. Figueroa Vila.- Pensábamos que o ía votar a favor pero bueno, xa o entendemos, non se preocupe. Sr. Secretario.- Aún no había terminado el plazo de alegaciones por eso se puso la aprobación definitiva. Escoitase falar pero non se identifica a persoa. 8.6426.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE, RELATIVA Á TRAMITACIÓN DOS CONVENIOS NOS CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES, PARA O FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS Sr. Presidente.- Punto número 8. Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE, relativa á tramitación dos convenios nos concellos de menos de 20.000 habitantes, para o financiamento dos servizos sociais municipais. Ten a palabra Don Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Bueno, pois, por se despois me olvido, ou xa non volvo a intervir … Sr. Presidente.- Si, ¡ai, perdón!. A ver, ¿que pasou aquí?. A ver se agora vai. Sr. Rodríguez Díaz.- Dicía de, por se máis tarde non me lembro ou non volvo a intervir, en nome do noso Grupo desexar a toda a Corporación e tamén ós medios pois un bo ano 2014, e a vós por ternos aturado todos eses días, ¿non?. Moitas gracias. E, xa referíndome á moción, pois é unha moción que mostra a inquietude de, dos distintos concellos que están acollidos ós acordos, ¿non?, dos concellos de menos de vinte mil habitantes e segundo agora acabamos de aprobar o Plan de pagos, que creo que está moi ben para que os concellos coñezan os seus anticipos e coñezan de qué dispoñibilidade van a ter mes a mes, para facer fronte ós seus pagos, nós, nesta moción o que pretendemos é que se faga o mesmo, é dicir, que os concellos coñezan agora, agora xa, de que fondos van a dispoñer para, para contar co persoal que teñen, é dicir, porque ata xuño ou xullo, foi o ano pasado, non se fixo a súa aprobación e o certo, ¿que fan os concellos?, ¿renovan eses contratos?, ¿non os renovan e están seis meses sen prestar estes servizos sociais?. Entón, a nosa petición, o que pedimos, que son cincuenta e tres concellos de menos de vinte mil habitantes que ven como os seus servizos sociais, agora mesmo, quedan en terra de ninguén, é dicir, se eles teñen fondos para poder anticipar a risco despois de que firmen o convenio pola mesma cantidade que a Deputación ou non, pode ser inferior, co cal están arriscando o seu presuposto. O que nós pedimos é que estes cincuenta e tres concellos coñezan desde xa, que partida van a dispoñer para os seus servizos sociais, porque depende dese, dependen do acordo coa Deputación e, dende logo, vemos como esta dependencia provoca que en moitas poboacións os servizos non poidan comezar a funcionar, como dicía antes, ata mediados do ano que é cando se firman os convenios para outorgar as axudas. Pois, fundamentalmente, estas axudas serven para contratar persoal e non están os concellos tampouco como para non coñecer isto. Entón, nós o que pedimos é instar a Deputación de Pontevedra a que adopte todas as medidas necesarias para axilizar estes convenios cos concellos e fixar, xunto coa aprobación dos orzamentos, acabamos de aprobalos, pois xa as cantidades que disporá cada concello para cofinanciar eses servizos sociais. Eu creo que é importante, o mesmo que vostedes traen aquí os anticipos que van a contar cada concello, pois que tamén nisto, sobre todo, cando afecta a homes e mulleres que peor o están pasando na nosa provincia e o que pedimos pois para que sexa aprobada neste Pleno. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, en principio a Deputación, como saben, asumiu no ano 2012 creo que foi, esta responsabilidade e nós vamos a darlle celeridade, pero en todo o caso a deputada responsable da cuestión lle vai a dar máis información. Sra. Iglesias Bueno.- Pues muy buenos días a todos y, en primer lugar, quiero mostrar mi sorpresa con la presentación de esta moción. Yo la verdad no sé quien le asesora para presentar las propuestas que traen al Pleno, pero, verdaderamente, no tienen ningún fundamento y se lo voy a demostrar. Me voy a remontar, para explicar un poco, al 2010, con fecha dieciocho, al 2012, perdón, con fecha dieciocho de Julio, la Diputación firmó un convenio de colaboración con la Xunta de Galicia para llevar a cabo la cofinanciación, por parte de esta institución provincial, de los servicios sociales comunitarios municipales en aquellos ayuntamientos de menos de veinte mil habitantes. La Diputación de Pontevedra, en ese momento, se comprometió a transferirle a los ayuntamientos de menos de veinte mil habitantes, titulares de los servicios sociales comunitarios, la aportación económica necesaria para la cofinanciación de los gastos, de los módulos derivados de la prestación del servicio de ayuda en el hogar en su modalidad de prestación básica, tomando como referencia las cuantías concedidas en el ejercicio del 2010 y esto quiero resaltarlo, la Xunta nos obligaba a las del 2011, que eran muchísimo menos, y nosotros cogimos los del 2010, que era casi el doble del dinero que le debíamos dar a los ayuntamientos. Esto lo quiero aclarar para que veáis que si que hemos hecho un esfuerzo presupuestario importante en el mantenimiento de los servicios sociales municipales. Para los gastos derivados del módulo de personal se cubrió la totalidad del personal municipal que se venía financiando por la Xunta de Galicia, inclusive el de los servicios sociales municipales específicos. Y vamos ya al 2013, se aprobó, como sabe, en diciembre, el presupuesto de la Diputación con una aportación para este programa de dos millones doscientos cuarenta y siete mil euros, y se aprobó en Junta de Gobierno, el diez de Mayo, el convenio de financiación de los servicios sociales comunitarios municipales, renovando las aportaciones máximas aprobadas en Junta de Gobierno en el ejercicio anterior. Esto todo se tramitó antes, mucho antes incluso que nosotros firmásemos el convenio con la Xunta de Galicia para la realización de este programa. Porque el convenio con la Xunta se firmó el dieciocho de Junio de 2013, es decir, casi un mes y medio después de que nosotros hubiésemos aprobado este convenio. Lo digo porque quisimos ir más allá, incluso dándonos prisa en aprobar las cosas para tener todo preparado. No se publicaron las cantidades, es cierto, pero si se hizo saber a los ayuntamientos y se mantuvieron reuniones con las trabajadoras sociales, en las que se le dijo la cantidad y en algunas estuve presente yo. Se tuvo contacto, en todo momento, con los concellos y se resolvieron todas las dudas que se plantearon. Tengo que decir, también, que hay ayuntamientos que nunca llamaron ni presentaron ninguna queja. En septiembre se procedió a la firma de los convenios que tenían completo el expediente. Este retraso en la firma no fue más que por la demora de la documentación que tenían que aportar los ayuntamientos. Para mayor información, los ayuntamientos donde hay un gobierno socialista, pues fueron de los que más se retrasaron, para más información. Y una vez firmado el convenio, esta institución procedió a la aprobación en la Junta de Gobierno de la aportación del primer 35%, con fecha once de octubre de 2013, a excepción de algún ayuntamiento que no asistió tampoco a dicha firma. Y también le quiero dar un dato, que alguna alcaldesa del BNG todavía ha firmado el convenio esta semana, este lunes, después de llamarla infinidad de veces. Sr. Presidente.- Nome, Tomiño. Sra. Iglesias Bueno.- No quería decir el nombre, creo que es alcaldesa del BNG … Sr. Presidente.- E outro, Catoira. Sra. Iglesias Bueno.- Creo que, bueno … Sr. Presidente.- Non, é que, no caso ese, con perdón, vostedes reivindican algo que nin os seus propios compañeiros cumpren, porque ademais fíxose, fíxose con rapidez para que eles viñeran por aquí e non viñeron, apareceu cando lle deu a gana, un é Catoira e outra é Tomiño. Sra. Iglesias Bueno.- Y porque sino se perdía el dinero del 2013. En la actualidad, esta institución procederá y está preparada para hacer el libramiento del 65% de la cuantía total a la justificación final del convenio, para lo que informamos que, a día de hoy, ningún ayuntamiento todavía ha presentado esa justificación. Y tengo que decir también, desde el servicio de Acción Social, con anterioridad a la justificación de todos los ayuntamientos de la provincia, ya están elaboradas las bases reguladoras del Plan de cofinanciación de los servicios sociales comunitarios municipales para el año 2014 a día de hoy y ya fueron remitidas al servicio de Asesoría Jurídica, con fecha trece de diciembre, con el fin de que emita el correspondiente informe jurídico y en cumplimiento de la legislación vigente; y también se ha enviado a la Xunta de Galicia, a la Comisión Gallega de Cooperación Local. La convocatoria de bases reguladoras del Plan de Financiación de los servicios sociales comunitarios, para el ejercicio de 2014, va a presentar una mayor simplicidad técnica y agilidad administrativa, teniendo en cuenta la demora y los errores a la hora de presentar la solicitud que tuvieron los ayuntamientos en este año pasado, en este año que terminamos. Y bueno y además, tengo que remarcar, en contestación a la última propuesta de la moción presentada, que la asignación máxima de las cuantías económicas para cada ayuntamiento, siempre se corresponde con las cuantías aprobadas en el convenio en el ejercicio anterior, es decir, que si este año nosotros le dimos cien mil euros a un ayuntamiento, este año se los volveremos a dar, independientemente que nos haya justificado ochenta mil, y esto también se hace para favorecer que no se vayan reduciendo paulatinamente las aportaciones a los ayuntamientos. Así mismo, pueden consultar dichas cuantías en el formulario adjunto al borrador de las bases que figura con el nombre “Cuadro de aportaciones máximas por módulos”, en el que se detalla la cantidad máxima a percibir por el servicio de ayuda a domicilio de libre concurrencia y la cantidad asignada a cada uno de los perfiles profesionales asignados a dicho ayuntamiento, atendiendo a la categoría profesional y al tipo de jornada. Así mismo, el pasado trece de diciembre fue aprobado el borrador del presupuesto 2014 en el que ya consta la aplicación presupuestaria para hacer frente a la financiación de los servicios sociales comunitarios de ayuntamientos de menos de veinte mil habitantes. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, señora deputada. Don Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, eu moito máis breve, o único que lle pedimos é que os concellos coñezan que cantidade van a ter. Escóitase falar á Sra. deputada, Dona Marta Iglesias Bueno, pero non se entende o que di. Sr. Rodríguez Díaz.- Pois mire, pois mire, agora nos sirve para que todos poidan saír desa dúbida. Vostede nos di que xa está publicado, que todos van a ter a mesma cantidade, independentemente de que, ou que houbera o gasto que houberan feito, pois se quedan moito máis tranquilos, só era esa intención, nada máis, se o están a facer pois mellor. E a segunda cuestión é de, que facía, o Sr. Presidente falaba da alcaldesa de Tomiño que é do BNG pero tamén, como anécdota, fai, fan tan boa xestión … Sr. Presidente.- Non, dixen dous, dixen Tomiño e Catoira, Catoira é do Partido Socialista. Sr. Rodríguez Díaz.- Pois mire, a de Tomiño, a de Tomiño, a de Catoira tamén, pero a de Tomiño ten a anécdota de que fixeron uns presupostos tan importantes para as persoas, tan sociais, que ata unha concelleira do Partido Popular os votou a favor. Sr. Presidente.- E que nós somos xenerosos. Sr. Rodríguez Díaz.- Os votou a favor. Entón, bueno … Sr. Presidente.- Iso sería impensable nun partido como o Socialista pero o noso é … Sr. Rodríguez Díaz.- Si, si, si. Nós tamén. Entón, unha, unha, non todos, non todos os tal. Entón, pois queda moito máis aclarado, non ten inconveniente en votala a favor porque se está facendo, pois estupendo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Don Santos Héctor. Votamos, polo tanto, esta moción, que bueno, eu creo que quedou claramente explicada pola Portavoz do Partido Popular que asume esta responsabilidade e, polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Non?. ¿A favor todos?. Pois votamos todos a favor. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acorda por unanimidade aprobar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE, relativa á tramitación dos convenios nos concellos de menos de 20.000 habitantes, para o financiamento dos servizos sociais municipais. Dita Moción é como segue: “No ano 2012 o goberno da Xunta decidiu mudar o sistema polo cal se financiaba o sistema de servizos sociais nos concellos galegos. Ata ese momento os concellos acadaban un acordo de colaboración coa propia Xunta para o financiamento destes servizos. A partir dese momento decidiuse que fora a Deputación de Pontevedra quen, tras un acordo coa Xunta, firmase os acordos cos concellos de menos de 20.000 habitantes e financiara estes servizos. Nese mesmo ano os acordos cos concellos e a Deputación de Pontevedra acadáronse entre os meses de novembro e decembro. No 2013 eses mesmos acordos foron firmados entre os meses de xullo e agosto e coñecéronse as cifras que ían dispor os concellos no mes de xuño. Na provincia de Pontevedra temos 53 concellos de menos de 20.000 habitantes que ven como os seus servizos sociais dependen deste acordo coa Deputación. Esta dependencia provoca que en moitas poboacións os servizos non poidan comezar a funcionar ata mediados de ano unha vez que se firman os convenios para outorgar as axudas, xa que estas subvencións permiten sufragar as contratacións do persoal e os propios servizos de axuda. É lamentable que este retraso de máis de seis meses provocado pola burocracia da propia Deputación afecte tan directamente ós usuarios dos servizos destes concellos que atenden a máis dun terzo da poboación da provincia de Pontevedra. En consecuencia, propoñemos ó Pleno a seguinte Moción: - Instar a Deputación de Pontevedra a adoptar todas as medidas necesarias para axilizar estes convenios cos concellos. - A fixar xunto coa aprobación dos orzamentos anuais da Deputación as cantidades que disporá cada concello para cofinanciar os servizos sociais.” 9.6427.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- ¿E queda algunha cousa máis?. Sr. Secretario.- Si. Ahora, fuera del orden del día. Sr. Presidente.- Asuntos fóra do orden do día, se non hai … Sr. Secretario.- Si. Hai dos mociones, una del Partido Socialista en relación con … Sr. Presidente.- Pero, ¿serán de agora ou son de …, non pasaron pola Comisión?. Sr. Secretario.- No. Es por urgencia. Sr. Presidente.- Vale. Sr. Secretario.- Y luego, presentó el Bloque, ahora mismo, una … Sr. Presidente.- Esta era en relación ó tema dos emigrantes, que haberá que trasladar tamén á Comisión Informativa, polo tanto, ¿non?. ¿Estamos de acordo?. Bueno pois, se non hai máis asuntos que tratar, feliz ano a todos e moitas gracias. Moi bos días. Non houbo. b) Parte de información e control: 10.6428.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- ¿Hai algo máis?. Sr. Secretario.- Dar cuenta de las resoluciones presidenciales. Sr. Presidente.- Bueno, dar conta das resolucións que di o Secretario, pero vamos, xa mandamos copia. Sr. Secretario.- Si. Sr. Presidente.- Teñen copia. Moitas gracias. Moi bos días e feliz ano. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 26 de novembro e 19 de decembro do ano 2013 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 11.6429.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)