ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2013/10/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.829/1.2013-10-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2013/10/25_Ordinaria

  • Data(s) 2013-10-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 43 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 25 de outubro do 2013 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinte e cinco de outubro do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado Provincial Don Moisés Rodríguez Pérez (PP). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6398.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto. Temos a aprobación de actas que non tivemos en ocasións anteriores, a aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, extraordinarias, dos días 2 e 7 de agosto e tamén do día 13 de setembro do 2013. Senón hai nada en contra se aproban. Acórdase, por unanimidade, aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, extraordinarias, dos días 2 e 7 de agosto e do día 13 de setembro, de 2013. a) Parte resolutiva: 2.6399.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “ENSANCHE E ACONDICIONAMENTO DA EP-8502 VALGA-BAÑO (VALGA)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS Sr. Presidente.- O punto número dous é a Resolución das alegacións presentadas ó proxecto “Ensanche e acondicionamento da EP-8502 Valga-Baño (Valga)”. Aprobación definitiva do proxecto. Aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados. Ratificación da solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos tamén afectados. Sr. Secretario.- Se estima una alegación. Sr. Presidente.- Bueno, hai que dicir que, neste caso, porque así o pon o informe do técnico, se estima unha alegación feita por un afectado, pero en todo caso, a actuación supón unha inversión de douscentos cincuenta e un mil euros en total para esta mellora, no cal vai unha parte xa para pago das expropiacións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Ensanche e acondicionamento da estrada provincial EP-8502 Valga–Baño (Valga)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 251.259,23 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 168.468,30 euros e capítulo de expropiacións por importe de 82.790,93 euros, ten por obxecto a mellora e ampliación da devandita estrada provincial. O viario provincial EP-8502 Valga–Baño configúrase como unha infraestrutura de grande importancia na zona, xa que une o centro urbano de Valga co colexio de Baño. Así pois, a antedita estrada ten unha grande intensidade de tráfico, tanto rodado como de viandantes. Co fin de mellorar a seguridade viaria resulta necesario realizar unha serie de actuacións nos 900 metros de lonxitude da estrada, ampliando a capa de rodaxe e dotando á mesma de beiravías. Para levar a cabo estas melloras será necesario proceder coa retirada de muros e modificación de diversas instalacións viarias. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana, a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Por todo iso, e como queira que a obra leva a afección de terreos de particulares polo cal resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxo carácter urxente queda sobradamente xustificado polos motivos antes expostos. Sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do Edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do Concello de Valga, en varios xornais da localidade e notificándoselle individualmente ós afectados, presentáronse alegacións que son informadas polo Servizo de Infraestruturas, advertindo da necesidade de acometer canto antes a obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A resolución das alegacións presentadas ó proxecto e ó expediente de expropiación segundo o seguinte detalle: Estimar as alegacións presentadas por D. Manuel Anido Devesa, xa que as consideracións que realiza se comproba que non se corresponden co plantexado no proxecto técnico: a)Por parte de Manuel Anido Devesa alégase que a superficie afectada da súa propiedade, e que figura na aprobación inicial do proxecto, non se corresponde coa realidade, existindo unha diferenza de 21,57 m2. b) Comprobada dita alegación, e realizadas as medicións topográficas pertinentes compróbase que, efectivamente, existe un erro inicial que se procede a rectificar na relación de bens afectados, establecéndose unha superficie total afectada a D. Manuel Anido Devesa de 49,57 m2. Segundo.- A aprobación definitiva do proxecto “Ensanche e acondicionamento da estrada provincial EP-8502 Valga–Baño (Valga)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 251.259,23 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 168.468,30 euros e capítulo de expropiacións por importe de 82.790,93 euros, ten por obxecto a mellora e ampliación da devandita estrada provincial. Terceiro.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados. Cuarto.- Ratificar a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 3.6400.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NO CENTRO PRÍNCIPE FELIPE Sr. Presidente.- O punto número 3 é a Modificación da Ordenanza Reguladora da Taxa de Servizos que se prestan no centro da Cidade Infantil Príncipe Felipe. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, esta é unha modificación de ordenanza que traemos hoxe a pleno, que é basicamente unha actualización do IPC, que non se facía dende o ano 2008 e tamén adecuar a realidade actual a novos usos que temos agora mesmo. En canto a instalacións deportivas que se remodelou todo o pavillón, se está a remodelar o campo de fútbol, tamén en canto a prezos de cafetería e sobre todo, pois comidas de nenos entre 4 e 12 anos que é unha nova taxa, pasando de 4,80 euros a 2,30 euros, polo tanto, aquí hai unha redución incluso importante. Bueno, todos sabemos que a Deputación xestiona e financia este complexo que é un complexo referente e único en Galicia na atención á infancia na Cidade Príncipe Felipe. É un centro que nos últimos anos sufriu unha permanente evolución, adaptación e transformacións sociais e culturais da sociedade que traballa a pleno rendemento, que é unha cousa das cuestións que se están intentando modificar permanentemente, que o 90% das súas instalacións están destinadas a unha función de vital importancia, que é a atención a nenos e a atención social e que promove ademais múltiples proxectos destinados á Xuventude e á Familia. Se teñen 140 nenos matriculados no Centro de Día e 150 internos e outros 150 na Unidade de Primeira Acollida, en total se atenden a 440 menores. O Príncipe Felipe dispón ademais dun único Centro de Día para menores, efectivo e totalmente gratuíto, para que as familias poidan conciliar a vidal laboral, social e familiar; consta actualmente con 140 nenos de entre 0 e 16 anos. É un servizo alternativo á separación dos menores do núcleo familiar e asegura que se cubran as súas necesidades. Estas instalacións prestan atención a máis de 150 rapaces, que están internados ou proceden de familias desestructuradas, de xeito que o centro atende normalmente preto de 300 menores. Pola súa banda, tamén a Unidade de Primeira Acollida, pioneira na Comunidade autónoma e tamén consta dunha primeira gardería pública de Pontevedra con 120 prazas, co fin de contribuír, como dicía antes, á conciliación da vida laboral e familiar. A Deputación abriu, en febreiro de 2008, a primeira e única gardería pública da cidade, con capacidade para 120 nenos de 0 a 3 anos. Tamén, Príncipe Felipe, dispón dunha residencia que estaba en desuso e que se rehabilitou, para que a puidesen utilizar as Asociacións e todos aqueles colectivos que a demanden. Dispón tamén de 150 prazas de aparcamento habilitadas para usuarios da residencia Montecelo e tamén dispón de un auditorio con 600 butacas con capacidade para mil persoas, que acaba de ser remodelado, tamén, cun investimento de catrocentos mil euros. Todo este uso intensivo das instalacións, pois vén, a que estas taxas, bueno, pois se produzan novos usos, se actualice á realidade, se está tamén agora mellorando, se acaba de mellorar o pavillón deportivo, co cal se pode utilizar para actividades propias pero tamén para actividades fóra do propio centro de entidades de colectivos e de entidades deportivas e tamén se está a remodelar unha zona importante que é o novo campo de fútbol, co cal se lle vai a dar uso tamén a unha zona verde, unha zona de uso deportivo que se ten alí, que loxicamente estaba usándose, pero que o ser campo de herba natural tiña moitas dificultades. Tamén alí están levando a cabo actividades de escolas deportivas gratuítas, da Escola de Gaitas de Percusión de Pontevedra, tamén campamentos de Inglés para rapaces e, bueno, pois outras actividades deportivas rexionais e nacionais. ¿Por que fago toda esta relación?, bueno, tamén se ten un obradoiro de emprego, Mobilia, para a construción de mobiliario urbano. Fago toda esta relación para que se poida trasladar ou transmitir, que se está en continua evolución en canto á mellora de instalacións, a inversións que se están facendo en Príncipe Felipe e que nos últimos anos non se fixo ningunha adecuación da realidade actual dos novos usos e por iso, bueno, pois desde Intervención, que nos fixo fincapé en que sería bo a actualización e adecuar esta realidade a estes novos usos. Non é unha cuestión económica, porque, evidentemente, non a hai, porque é unha cuestión menor, ó mellor non sei se estaremos falando de entre vinte cinco mil e trinta mil euros, pero si é certo que ás veces viñan entidades deportivas ou asociacións e pedían as instalacións, e non había, pois, unha referencia do que cobrarlle nalgúns casos, ou, por exemplo, agora, coas novas instalacións de mellora do pavillón e do campo de fútbol, pois, loxicamente, cando se presente unha demanda ou unha solicitude, ter polo menos a cobertura legal de poder facerlle, de ter unha taxa simbólica que eu creo que é do que se trata, única e exclusivamente, un pouco para regular, pois, esta situación na que estabamos vivindo dende o ano 2008, que había usos novos que non se contemplaban na propia actualización das taxas. Polo tanto, eu creo que Príncipe Felipe, aproveitamos tamén a ocasión para dicir que fai un traballo magnífico no contido social, que esta casa está levando a cabo dende os últimos anos e que creo que ten que ser un dos eixos fundamentais da política que temos que aplicar no futuro, o tema social, e eu creo que é un exemplo a seguir de centro referencial e centro único en Galicia, do que este goberno e creo que esta Corporación está, tremendamente orgulloso do traballo que se está a facer, no Centro Infantil Príncipe Felipe. Polo tanto, estas taxas é unha cuestión máis de actualización simbólica e sobre todo adaptarnos á realidade que temos agora mesmo e tamén que se poida cumprir coas normativas vixentes que Intervención así nolo esixe, e polo tanto, pois, pedimos a aprobación ou apoio para a modificación ou actualización para estes novos usos e para o IPC. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Figueroa. ¿Algunha intervención D. Cesáreo Mosquera?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Vamos a ver. Efectivamente, o Centro Príncipe Felipe é, é o que é, desde hai anos, con, bueno, reaxustes, necesarios, pola, vamos, por como naceu e como evolueu. Houbo, recordo, lembro, que no ano 91 ou 92, houbo un vicepresidente da Deputación, que era Bernardo López Abadín, que, a única función que tiña era, intentar, que o Príncipe Felipe fora transferido á Xunta. Xa daquela, era, o maior centro de gasto desta casa, e sigue a ser, o maior centro de gasto, desta casa; non, teño, agora aquí a liquidación do Orzamento do 2012, pero probablemente andemos sobre uns vinte millóns de euros que custa ó ano o Príncipe Felipe. Non, xa cando leo un pouco de tempo, prefiro mirar as liquidacións e non o orzamento, no orzamento igual aparecen catorce ou quince, o que sexa, pero estamos falando dunha cifra absolutamente, sexan catorce ou sexan vinte, dá igual, pero probablemente anda sobre os vinte, dunha cifra, absolutamente, vamos, disparatada ou excesivamente grande, para o que é o orzamento desta Deputación e para o que son, as necesidades, que en principio debía atender esta Deputación. Por poñer un exemplo, as transferencias, as transferencias que fai esta Deputación, ós concellos, para o seu funcionamento ordinario, ou para obras, deben andar nun millón, millón e medio ó ano, máis ou menos, se chega nestes momentos, o que son as transferencias, outra cousa é que lle pague a festa da, vamos, da empanada ou outra cousa, pero o que é a transferencia ó concello, debe andar, senón me acordo mal, debe andar en 1,2 ou así, tanto, sumando, os de gasto corrente, capítulo catro e as de capital, que son o sete. Agora, sumouse o da Asistencia Social en menos de vinte mil e demais, pero, andamos niso, e o Príncipe Felipe estase elevando uns, iso, unha cifra dese orde, ¡eh!, dez veces máis, doce, quince veces máis, do que se está transferindo ás arcas dos concellos para as súas actividades. Evidentemente, esta Deputación, se nalgún momento tivese racionalizado o panorama de prestacións e de competencias, como se fixo no seu momento co hospital, Príncipe Felipe, claramente, claramente unha competencia autonómica, claramente, esta Deputación tería unha capacidade de prestar servizos ou de axudar, ou servir, ou vamos, colaborar cos concellos, infinitamente superior, pero infinitamente superior. Pero, ¡a situación é a que é!, a situación é a que é, e o que está claro que Príncipe Felipe pode ingresar entre, as transferencias da Xunta, que non hai transferencias, senón que paga digamos os servizos que non prestan ós seus centros e prestan aí, e demais, pois pode ingresar, pois, dous millóns ó ano ou o que sexa, unhas cifras absolutamente simbólicas, absolutamente simbólicas en relación ó que custa, ó que custa a esta Deputación. Ben, nese marco, evidentemente, as taxas ou as tarifas que se aplican, pois, cara ó resultado final das contas, digamos, son absolutamente simbólicos, simbólicos e incluso crean certas disfuncións, e vouno, vouno a explicar. Agora, proponse, como non subiu desde o 2008, pois, proponse unha subida do 11,3%. Ben, vamos a ver, en cinco anos, unha subida deste tipo, pois, en principio, pois, é o custe do servizo mesmo, non é certo, porque o custe do servizo é infinitamente superior, co cal, pois estamos noutra situación. ¿Que hai que actualizar as taxas? bueno, pois non sabemos por que non se actualizaron, por que non se actualizaron, no seu, vamos, no seu momento e cada ano e por que se actualiza agora todo, de vez, e resultan cousas que lidas así, pois son, francamente, poden resultar chocantes, por exemplo: que a pensión completa ó mes custe 480 euros, se unha familia ten que ter alí un fillo ou dous, evidentemente, case seguro que non vai poder pagalos, case seguro, parece unha cifra, non, digamos, non dun centro social; ou que unha comida, custe 5,15 euros, aparentemente, non parece moito, pero, no mercado privado hai cantidade de bares e restaurantes, que poñen o menú infantil a ese prezo, póñeno a ese prezo. Entón hai, hai cousas que, que chirrían bastante, que chocan coa, vamos, coa situación na que vamos, na que podemos entender, que debería prestar nos servizos unha institución que en principio é asistencial ¿non?, e non, non lle resolve para nada os prezos. Ben, o Sr. Figueroa pois fíxonos aquí unha disertación, máis ou menos realista, con algún erro, francamente grave, ¿non?, ou sexa, meténdose onde, vamos, onde non sabe, é dicir, que é a única gardería pública que hai en Pontevedra. Home, a que temos aquí en fronte, a do Toxo, non sei se a Xunta agora a privatizou, ¡creo que inda non!, creo que inda non, e a de Monteporreiro, non sei se a Xunta a privatizou, creo que inda non. Está privatizada a parte da xestión pero a gardería segue sendo pública e a da Parda, paréceme que inda nona privatizou, inda nona privatizou ¡eh!, entón, creo que, bueno, intentar, non, cometer un erro dese calibre, pois, non é, vamos, non parece, razoable dunha exposición deste tipo. Ben, dito todo isto, nós defendemos sempre, que as taxas e demais se foran actualizando cada ano por non pegar tiróns, non se fixo, non se fixo neste caso, e, hai certas disfuncións en canto ós prezos como puxemos antes, que, nós, o outro día chegou á Comisión así sen, sen pena nin gloria, non dou tempo, digamos a, nin se pediron suxerencias; nós desde logo, se se reaxustaran algúns dos prezos ou se coñeceramos a realidade, porque, por exemplo, isto de pensión completa, está claro que, ou se subvenciona ou se lle cobra á maioría ou senón, é unha burrada, é imposible que pague ninguén ¿non? bueno, incluso o da comida e máis, hai unha serie de prezos aquí que non, non se nos, nos faltan elementos ¿non?. Entón, si se puidera, si se superan eses datos e se as subas se fraccionaran, digamos para que fora progresiva, pois, non teriamos inconveniente en falalo e mirar como se podía resolver, tal como vén aquí o expediente, en principio, nono podemos avalar. Vamos a votar en contra ¿non?. E, recordar, xa que o Sr. Figueroa se meteu no xeral, que, o noso posicionamento, que agora que estamos coa reforma da administración local, é que a administración local se adique ó seu e menos do seu, pois que, este centro habería que facer outro esforzo, outro intento de, de transferilo á Xunta, e creo que esta casa ganaría. ¿Que hai que prestar ese servizo? Si, pero que o preste quen ten que prestalo, non vamos a facelo desaparecer obviamente, pero que o preste quen ten que prestalo e esta casa, pois eses, eses recursos podía adicalos a outros fins, que, aquí hai moitos alcaldes e alcaldesas, que saben perfectamente como o están pasando os concellos e, digamos que eses fondos, aplicados, para que os concellos poidan prestar os seus servizos serían, absolutamente, non necesarios, imprescindibles, na situación, na situación na que estamos. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Cacabelos. Sr. Cacabelos Rico.- Si, grazas Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, respecto ás subidas da taxa do Príncipe Felipe, quixera comentar unha serie de cuestións. A primeira, propiamente falado da taxa ¿non?. Xa falamos dunha actualización do IPC do ano 2008, que afectaba ás comidas, fíxose un recurso por parte deste partido, que se desestimou, por Xunta de Goberno, dicindo que, era unha subida imposta pola Xunta de Galicia, posteriormente hai unha sentencia que deixa sen efecto estes incrementos. Polo tanto, está a dicirnos que a Deputación non está actuando ben con esta cuestión e hoxe nos trae unha subida do 11,3 %, aludindo a que fai moitos anos que non se ten subido, subida que por certo tamén afecta ós comedores, entre outros servizos. Non acabamos de entender este xeito de traballar, da Deputación de Pontevedra, porque, curiosamente, onde goberna o Partido Popular, estamos observando e presenciando a subida, de absolutamente todo o que se pode subir (taxas, impostos, prezos públicos), curiosamente, onde non gobernan, o PP é o primeiro partido que pide a rebaixa das taxas, dos impostos e dos prezos públicos. Temos escoitado moitas veces ó Presidente da Deputación, dicindo que o PP, sobre todo, é un partido coherente, coherente, e, quixeramos, que nos explicara en que consiste esa coherencia. Pero é certo ademais, que, o voceiro do Partido Popular aproveitaba esta, esta moción, para laiar ó Príncipe Felipe e a nós nos xorden unha serie de dúbidas que tamén, bueno, pois aproveitando, se me permiten a expresión “que o Miño pasa por Tui”, quixeramos, se é posible recibir algún tipo de explicación do Príncipe Felipe, porque, o que lles fala ten solicitado información durante moitos meses: sobre o orzamento do Príncipe Felipe, sobre o número de rapaces que se atenden no Príncipe Felipe, sobre a contratación de persoal no Príncipe Felipe. Ata fai pouco había unha directora, concelleira do Partido Popular na Illa de Arousa, que parece ser que agora xa é funcionaria do Príncipe Felipe. Todas estas cuestións son necesarias explicar, xa lles digo, levo máis dun ano esperando a que me contesten estas cuestións e non me contestan a ningunha e ademais, senón me equivoco, do que se saca dos orzamentos que se ten aprobado por este organismo, o Príncipe Felipe pode andar hoxe, por riba dos dez millóns de euros de orzamento, por riba dos dez millóns de euros de orzamento. A maioría dos concellos da provincia de Pontevedra non teñen estes orzamentos, non teñen estes orzamentos, entón, señores do Partido Popular, señores da Deputación de Pontevedra, ¿en que están a gastar máis de dez millóns de euros nunha institución como o Príncipe Felipe?, que lle quero dicir, e insisto, reitero, para que nos fagamos unha idea do que estamos a falar, da dimensión que estamos a falar, o Príncipe Felipe hoxe ten máis orzamento que a maioría, por non dicir todos os concellos de dez mil habitantes e menos de dez mil habitantes. Consideramos que, como mínimo, necesitariamos unha explicación e enlazando isto, coa subida, cun orzamento tal, un orzamento tal para ó Príncipe Felipe, ¿é necesario traer aquí unha suba de máis do 11% nas taxas?. A verdade é que me gustaría, que xa que, aproveitaron a ocasión para falar das cuestións positivas do Príncipe Felipe, si é certo, que sería bo que empezaran a levantar un pouco a nebulosa que cubre ó Príncipe Felipe nestes aspectos. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Bueno. Moitas gracias Sr. Cacabelos. Solo aclarar unha dúbida, eu creo, ás veces, para, cando hai, poñemos en marcha unha discusión, hai que ter datos e coñecemento, ¿verdade?, e, comentaba co Interventor, que o incremento real, desas taxas de Príncipe Felipe, o incremento real é cero, o incremento real é cero, é unha cuestión de actualización, pero o incremento real desde o punto de vista económico é cero. Polo tanto eu lle pido, que neste caso, para empezar pola última intervención, primeiro, que revise ben a información, e, e non é máis que unha actualización, porque non sabemos do labor que está facendo Príncipe Felipe, pero, aproveitando a intervención do Sr. Cacabelos, tamén, creo que é importante, é importante o descoñecemento que ten sobre o labor que fai Príncipe Felipe, pero, aproveitando, aproveitando a súa intervención, home, eu lle encargo unha función, que nos faga vostede unha proposta, onde reducimos gastos en Príncipe Felipe, se quere despedir persoal… todo iso, vostede fáganos unha proposta, que eu, encantado en, en collerlle esa proposta, pero de todas maneiras, primeiro, eu creo que sería bo, que se dera unha visita por alí, que coñeza caso por caso, que é o que se fai alí, creo que lle sería moi ilustrativo, por iso que, nestes temas hai que ademais, hai que ter moito coidado co que se di, porque, cando, sobre todo o Partido Socialista, que se lle enche tanto a boca de falar de políticas sociais e todo iso, é bo que pase unha… e senón pode preguntarlle a algúns compañeiros seus, que, teñen algunha información sobre como funciona Príncipe Felipe. Polo tanto, lle aconsello que faga unha visita, con tempo, por todas e cada unha das instalacións do Centro Príncipe Felipe. E bueno, en relación a, o que dicía o Sr. Mosquera, claro, vostede dicía que é un erro grave, que lle dicía ó Sr. Figueroa, o erro grave non é do Sr. Figueroa, o erro grave é de vostede e dos que gobernan en Pontevedra, porque o Sr. Figueroa dixo ben. Aí hai un grupo de alcaldes, neste lado hai un grupo de alcaldes, eu creo que case todos os alcaldes, pode faltar algún alcalde ou municipio da provincia de Pontevedra, é raro que non teñan unha praza pública, neste caso, prazas, ofertar prazas públicas de gardería municipal, cando o concello de Pontevedra non oferta nada, nada. Claro, esa que esta aí, sen dúbida é da Xunta de Galicia, que vostede ben dicía, da Xunta de Galicia, que pagan os pais, e unha parte, evidentemente, págaa a Xunta de Galicia. Pero un concello como o de Pontevedra, 80.000 habitantes, ¡eh!, que vostedes non teñan nin unha sola oferta e hai moita demanda por certo, hai moita demanda, de prazas públicas de gardería, de 0 a 3 anos é máis que lamentable, por iso, aí está, o labor que vén facendo a Deputación nese sentido, que quizá, ó mellor aí, ata nos extralimitamos, facendo iso, que non deberíamos habelo feito, pero claro, como vostedes non resolven, e claro, vostede poñía a frase “bueno, non dan, menos para empanadas, para festas de empanadas”, ou unha cousa así dixo, ¿non?, e vostedes claro, non, dedicámolo mellor a outro tipo de festas que vostedes fan aquí en Pontevedra tamén, en vez de dedicalo a políticas sociais, como vostede dicía de “oe, vamos a facer algunha gardería para darlle a esas persoas que se quedaron sen praza de gardería, a esas familias, pois vamos a darlle a oportunidade, ¿verdade?”, non, pero, é mellor facelo en festas; aquí festas tamén hai bastantes, ¡eh!, quero recordarlle e se quere repasamos un pouco canto nos gastamos en festas, no concello de Pontevedra. Polo tanto, cando se mete o pé hai que ter coidado que pode enlamearse un pouco e amais sobre todo hai, que volve a incidir no mesmo, o que vimos a facer desde a Deputación coa Cidade Infantil, é cubrir a carencia, permanente, que ten Pontevedra de instalacións deportivas, instalacións deportivas. As instalacións de Príncipe Felipe, por desgraza, porque como o concello non ten instalacións deportivas, non quere dicir que haxa que ter as suficientes, porque as suficientes non sabería cal sería o límite, ¿verdade?, pero si é certo que hai unha carencia total, e ás veces, que, polo que puiden ver por aí, nos dedicamos a facer campionatos a nivel mundial e todo iso, ¡que está moi ben!, pero, primeiro haberá que atender ós que viven aquí e darlle instalacións, cuestión que vostedes non fan, cuestión que vostedes non fan e que ten que suplir, por desgraza, na maior parte das veces, a Deputación de Pontevedra, e, vostede se podería dicir, como falaba fai un momento, claro, os concellos de certos sitios non teñen esa oportunidade, porque claro, as instalacións da Deputación están en Pontevedra e se benefician, as organizacións e os clubs, precisamente de Pontevedra, porque non van a vir de Lalín, precisamente, a utilizar as instalacións, neste caso, deportivas da Deputación, e volvo desde aquí a destacar, a lamentable carencia de instalacións deportivas, neste caso, no concello de Pontevedra. Po iso digo que, Sr. Mosquera, que vostede critique o labor de Príncipe Felipe, pois me parece, non é por descoñecemento, porque vostede sabe ben cal é o labor que fai ese centro, pero, en todo caso, claro, se houbera aquí, neste outro lado do banco alguén que non puidera contestarlle, pero como coñecemos o que coñecemos e sabemos o que hai, pois, dalgunha maneira, neste sentido, vostedes téñense que meter a cuberto, porque a verdade é que seguen sen facer, ¡nada!, nese ámbito, no ámbito como digo de lograr, precisamente, poñer en marcha, a iniciativa de crear oferta pública de prazas de gardería, que non teñen ningunha e sobre todo, tamén, de instalacións deportivas, que é exactamente igual; e no que é o apartado de festas, se quere entramos en festas e, e outras cousas, e falamos aí do que fai o concello de Pontevedra, etc., ¿verdade?. Por iso que, xa digo, como a cuestión de base, xa a acabo de dicir e mo acaba de trasladar o Interventor para que non teñan dúbidas, ninguén, pois o incremento real é cero, é algunha cuestión de actualización, pois creo que é importante que todos poidamos coñecer a realidade deste asunto; e tamén, ó mesmo tempo, falar da realidade de Príncipe Felipe, pero, como xa lle acabo de trasladar ó portavoz do Partido Socialista en materia de coñecemento dese centro, sería bo que, que nos diga onde recortamos. Entón estudamos e a partir de aí falamos, no que se refire a Príncipe Felipe. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas. A ver Sr. Presidente, segue usando a táctica de sempre, non sei se a ten xa, non pensa que está un pouquiño desgastada, creo que por parte desta bancada, non houbo ningunha palabra de descalificación ó Príncipe Felipe, entón, colle por aí e, engancha a facer a oposición en Pontevedra, que xa lle teño dito moitas veces que é un traballo, seguramente, o fixera bastante mellor co, co que teñen agora, ¡eh!, porque francamente, ¡moito mellor!, estou seguro, porque vamos, o seu portavoz anda un pouquiño, anda un pouquiño, en fin, despistado, ¿non?. Pero, mire, non estamos discutindo aquí das instalacións deportivas en Pontevedra, que ten as que ten, nunca son suficientes, pero senón me acordo mal, non sei se hai vinte tantos, vinte campos de fútbol, por exemplo, non creo que o Príncipe Felipe vaia resolver o de todos os demais, pero bueno, se o resolve, ¡fantástico!, sabe que nós, competencia entre administracións, peleas, a ver quen, nunca foi a nosa, a nosa afición. A gardería Príncipe Felipe abrírona, naquel momento, naquel momento, porque había dúas en marcha, por unha serie de complexidades, que eran A Parda e Monteporreiro, e entón quixeron ser máis campións e adiantarse. Bueno, pois temos unha máis e fantástico, e, por parte, e por parte do concello, pero nesta lea, non, sabe perfectamente que non, que non está ben concado. Nós, digo nós e referiuse a min, pois, sempre, nesta casa e noutras, fomos partidarios de que cada quen exerza as súas competencias, cada quen as exerza e se a Educación é unha competencia da Xunta, pois que a exerza, o concello pode colaborar e colaborou, fíxoo, fíxoo, pagou as obras e está colaborando, pero que exerza, ¿verdade?. E con respecto ós bombeiros, xa dixemos, “non, non foron os concellos”, ó final, déronnos a razón, ¿acórdase? que non se lle pode cobrar polos bombeiros ós concellos de 90.000 habitantes, e ó final déronnos a razón; e con respecto a Príncipe Felipe, non é unha competencia da Deputación, nono é, e polo tanto, creo que deberían, e xa o tiñan claro, xa digo no ano 91, e polo tanto creo que deberían retomar iso. Entón, con respecto ó que estamos falando, que é a subida das, vamos, das taxas; volvemos a dicir o mesmo, hai algunhas que pola súa, polo seu monto global, non nos gustan, sexa o de pensión completa, sexa o de comidas, sexa algunha máis e ve, non nos gustan, estamos en contra de que se lle peguen tiróns deste calibre, que á parte ata pilla, en certo modo, a metade de curso e o ano que vén, pois aparece, ¿que son cincuenta euros máis en pensión completa? Si, pero quen anda moi apurado para eses cincuenta euros, pois, non fixo a previsión e lle pode resultar bastante gravoso. E, ¡defendémolo sempre!, defendémolo sempre, polo tanto, non sei, non sei a que, non sei a que, vamos, a que vén esa… As respostas así deste tipo, sempre suceden coa mesma, na mesma situación, quero dicir, hai unha, hai un tema, no que non teñen argumentos e entón contestan con que tal, agradézolle que non metera o de Pasarón, ¡eh!, porque ese foi un tema, tan recorrente, que xa agradezo que xa quedara, ¿verdade?, que xa quedara, que xa quedara no esquecemento, ¿verdade?. Non lle vou, non me vou a meter na política deportiva ou educativa, bueno, iso que, que os concellos teñan política educativa, a min é que me chirría xa, ou sexa que, dicir “oiga, ¡os concellos non están para ter política deportiva!”, só faltaba que un cidadán, non non, nin a Deputación está, só faltaba, que un cidadán, por onde viva, un servizo básico, como é a Educación, a teña distinta, porque, porque o concello a programa. Iso sucede nos países doutro corte pero, aquí, afortunadamente, non sucede. Ganas de meterse onde non nos chaman, creo que debía ser a mínima, máis inda agora ¿non?, na época na que, na época na que estamos, en que, vamos, os recursos son excasisimos e, o que un pode, ou sexa, o que unha administración pode atender, non dá, para cubrir o máis básico. Reiteramos a postura de antes, desde logo, non teríamos ningún problema en votar a favor se se fan eses reaxustes, se se fan eses reaxustes, cousa que, o seu grupo, o seu grupo, o grupo do seu partido en Pontevedra, por actualizar, que actualizamos todos os anos, pois pon o grito no ceo, bueno, nos somos un pouquiño máis serios e non teríamos problema, agora, así tal como vén, non, tal como vén non, e se nos metemos en debate xeral foi porque se meteu o seu portavoz, non porque nos meteramos nós ¡eh!; entón, tal como vén, non. Se se, se se graduara en dous ou tres anos e se miraran os montos xerais, creo que antes o expliquei perfectamente, non sei se estaban atendendo ou non e non sei se é cuestión de repetir, ou sexa, aquí hai, hai prezos, que para un rapaz que este alí de internado, son moi caros, a menos que teñan compensacións doutro tipo segundo os casos, entón, e a subida, que se faga gradualmente. Senón tiveron problema en non subilo durante cinco anos, oiga, pois, pois gradúena, non pasa nada; nese caso votariámoslle a favor, xa o dixemos, porque, porque mantemos o mesmo criterio nun lado que noutro, a diferenza de, de vostedes, que supoño que, que Ana o próximo día, votará en contra dunha subida do 1,8 no concello de Pontevedra, que se baixan ou rebaixas algunha, sobes un 1,8 e estamos en contra e piden que se baixen todas, bueno, nós non somos tan gamberros ¡eh!, somos bastante máis serios e demais, agora, tal como vén, xa estou explicando, a pena é que non fora, igual por comisións ou poida falar con máis calma e demais, eu creo que está clara a postura. Sr. Presidente.- Eu, eu invítoo a que poidamos, porque creo que hai boa, vontade de chegar a un acordo nese sentido. Volvo a reiterar o que falaba co Interventor agora, non hai realmente, incremento económico, porque estamos falando de cuestións ademais, de grupos externos, cando veñen a utilizar as instalacións, que son moi poucas veces e ó mesmo tempo un servizo de cafetería propio, interno, neste caso para os funcionarios, que é practicamente nada e nos outros apartados, incluso, no apartado de deportes, no apartado de, etc., baixan os prezos. Polo tanto, é unha adecuación. Sr. Interventor.- A recadación vai baixar. Sr. Presidente.- ¿Eh?. Sr. Interventor.- A recadación vai baixar. Sr. Presidente.- A recadación incluso non sobe senón que baixa, ou sexa que, polo tanto, por iso digo, ademais é unha cuestión feita cun perfil técnico, non nos metemos ningún dos políticos a entrar aí, sobe, vai, non, non, é unha cuestión, desde o punto de vista técnico, tanto cos técnicos de Príncipe Felipe coma cos técnicos de Intervención. Polo tanto, eu creo que, é un momento para seguir nesa liña de acordo, que temos establecido, porque non, xa digo, oe pois, pois hai grandes diferenzas, oe pois, as falamos, discutimos e intentamos chegar a un acordo, pero creo que, neste sentido, é perfectamente factible, que poidamos estar de acordo, que xa digo, non, porque amais están aquí os técnicos da casa para darnos a certeza de que os datos son así como acabo de describir. Entón eu invítoo, Sr. Mosquera, a que, pois, nesa mesma liña de colaboración poidamos seguir mantendo que non, xa digo, non é unha proposta de que queremos… e máis ninguén poderá utilizar isto nin na contra súa nin na contra do propio goberno tampouco, me refiro a que vamos a subir nada, porque non se sobe nada, ou sexa, ingresos para esta Institución, son menos, dos que tíñamos, incluso, antes, desta aprobación. Polo tanto eu, xa digo, reitero o ofrecemento do Partido Popular a, a que poidamos manter esa liña de, de entendemento, para cuestións que ademais eu creo que son da cidadanía, ademais, temos que dar exemplo de que, en tempos difíciles, hai que ter altura de miras e polo tanto chegar a acordos en temas, pois, que afectan á poboación, en definitiva, ¿non?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente. Vamos a ver. Unha introdución moi breve e demais. Vamos a ver. O argumento de que non soben porque o IPC e iso, ben, estamos de acordo e nós defendemos sempre iso, agora, explique ós seus compañeiros dos concellos que, cando se sobe o IPC, incluso con correccións á baixa, pois poñen o grito no ceo e piden que se baixe. Mire, unha, unha gamberrada. Ben. E en segundo lugar, vostede fixo a referencia á cafetería, e non me quería meter aí aquí, pero é que resulta que, entre que, un menú infantil sexan 5, que é o que custa no mercado, máis ou menos, e, por exemplo, un -que dixo para os funcionarios- un café, custe 0,75; iso non custa no mercado, os prezos están sesgados e non precisamente a favor da asistencia, non a favor da asistencia social. Hai unha descompensación moi seria nos prezos. Non vamos a propoñernos aquí que si lle subo o café, ou vamos, o cola-cao ou o té, o té, por exemplo, 0,50; dígame algún sitio onde non lle custe o dobre. Sr. Presidente.- ¿Onde non lle custe? Sr. Mosquera Lorenzo.- Onde non lle custe, o dobre, un sitio, un bar, 0,90 pode topar por aí, se cadra nunha aldea, sen embargo o menú infantil por 5 si o consegue, e a pensión completa por 480 tamén; entón, non me, non me, ¡a ver!, vimos co ánimo máis construtivo do mundo, pero ¡caramba!, non me faga, non me faga… Quero dicir, que iso é un error que foi acumulando porque tamén os propios funcionarios poñen os prezos á súa medida, de acordo, bueno, pois, pois farémolo, pero vamos, non me faga, non me faga, é dicir, porque, están descompensados os prezos; entón, subimos todos o 11%, moi ben, vale, ¡pois non!, ¡pois non!, creo que, creo que, máis, máis colaboración, creo, creo que non, non podemos ter, porque, o criterio quero mantelo aquí e máis alá, en todos lados, e mantémolo, pero home, isto, ¿que vostedes non teñen a culpa desta tarifa de prezos? é posible, é posible, pero teñen a culpa, por omisión, por non se ter metido nel, por non ter mirado, é dicir “oiga, mire, isto non é exactamente como debe ser”. Tampouco é que estee absolutamente desequilibrado, tampouco ¡eh!, tampouco enténdase que estamos aquí dicindo que é unha auténtica barbaridade e tal, pero está descompensado, está descompensado, está, isto sábeo perfectamente porque anda por aí e vostede coñece a realidade social tan ben ou mellor que nós. Entón, hai cousas que, por iso dixen antes, se estes prezos que se están aplicando, por exemplo, por residencia ou comida, a maioría están bonificados ou é que se lle cobran á Xunta, por exemplo, digo, vale, ¡pois mire!, ¡pois mire!, agora, se se lle cobra ó usuario, non, están moi descompensados. Sr. Presidente.- Si, xa. Si, non non, xa me pon aquí Antonio. E que, eu, creo, Sr. Mosquera, que aí hai unha falta de, de información, ou algo, algún dato non, non temos ou non ten, ou, eu creo que ó mellor haberá que debatelo ou falalo, pero claro, nenos de catro a doce anos, que paguen por día 2,30 euros polo menú infantil ¿non?, e que é unha cousa, vamos, eu se quere… Sr. Interventor.- Iso prexudica ós pais. Están pagando máis agora. Sr. Presidente.- Ou sexa que, abrimos a porta… Aquí está. Sr. Interventor.- Está explicado. Sr. Presidente.- Está no informe. Sr. Interventor.- Hai un informe aí do Xefe de sección do Centro Infantil… Sr. Presidente.- Polo servizo de comida ó día. Sr. Interventor.- Que a comida dos rapaces de catro a doce anos, pedírono os pais, porque están pagando un prezo superior, entón, quéreselle poñer un prezo máis razoable. Sr. Presidente.- Ou sexa que, se ó final son melloras, por iso eu… Sr. Interventor.- Figura aí 2,30 euros ó día. Sr. Presidente.- Claro, aí está no papel, na páxina tres. Sr. Interventor.-E ó mes corenta e pico euros. Sr. Presidente.- Polo servizo mensual de comida, 46 euros, servizo mensual, xa quixeran, xa quixeran moitos. Por iso digo… Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu non dixen que estiveran todos, dixen que están algúns, ou sexa… Sr. Presidente.- Ben, pero vamos a ver, é unha adecuación desde o punto de vista… Sr. Interventor.- O aloxamento e a comida cóbraselle a grupos que veñen de fóra. Sr. Presidente.- Exactamente, que non é… Sr. Interventor.- Non se lle aplica ós rapaces. Sr. Presidente.- Ás persoas… Sr. Interventor.- A un grupo ou unha orquestra, que veñen aquí a actuar, pois, rexenten alí, comen e cóbranselle eses prezos, iso non é para os rapaces que están alí na Cidade Infantil. Sr. Presidente.- Para o día a día do centro, os prezos están… Sr. Interventor.- … Nos produtos da cafetería ¡eh!, que soben nominalmente, pero non sobe o IPC e iso aplícase, basicamente, ós funcionarios ou ós empregados que están na Cidade Infantil Príncipe Felipe, non ten repercusión “extramuros” da Cidade Infantil Príncipe Felipe, o tema da cafetería, que é a subida, realmente, principal; a de deportes, baixa realmente, porque hai unha modificación e as, e as tarifas baixan, e realmente, a recadación de todo isto vai a baixar. Sr. Mosquera Lorenzo.- Por exemplo, un chaval de acollida, que teña, que teña que estar aí, de quince anos, ¿canto se lle cobra?. Sr. Interventor.- ¿Que?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Un chaval que, que… vamos, unha chavala. Sr. Presidente.- Un interno. Sr. Interventor.- Os chavales internos non pagan nada. Paga a Xunta de Galicia. Temos un convenio coa Xunta de Galicia que nos dá 70.000 euros ó mes, para os rapaces que dependen da Xunta de Galicia. Sr. Presidente.- Os que veñen como internos. Sr. Interventor.- A eses rapaces acollidos como internos alí, non se lles cobra nada. Iso que hai aí de residencia, de comida é para a xente, grupos que veñen de fóra, moi ocasionalmente. Iso é unha cifra irrelevante, o que se cobra aí, que son 20.000 euros. Non se lle cobra ós rapaces iso. Sr. Presidente.- Por iso digo que, xa digo, eu creo que podemos estar… Sr. Interventor.- E a razón de modificalo é porque os pais dos rapaces de 4 a 10 anos, de secundaria, pediron que se lle dera comida no propio Centro da Cidade Infantil e estáselle cobrando, bastante máis, porque se lle cobra o prezo da residencia, da parte de… Sr. Presidente.- Dos que veñen de, dos que veñen de fóra. Sr. Interventor.- E entón queremos rebaixarlle ese custe. Vai incidir, basicamente a subida, na cafetería. No demais, todo se mantén ou baixa. Sr. Presidente.- Sr. Cacabelos. Sr. Cacabelos Rico.- Si, grazas. Bueno. E, primeiro xa unha cuestión, para enterarme, non sei, Sr. Secretario, se estamos no Pleno ou estamos na Comisión Informativa ou estamos no… Sr. Presidente.- É igual, con tal de mellorar o debate e enriquecelo e buscar solucións, é importante todo. Sr. Cacabelos Rico.- É igual. Ben. Sr. Louzán, mire, non, equivócase. É moi hábil, desviando os temas, pero aquí non estamos a discutir esas cuestións que vostede plantexa, pero bueno, xa que sacou algúns temas, si que me gustaría precisar algúns puntos. Fala vostede de que non é unha suba, un 11,3%, que é a actualización do IPC, porque fai moitísimo tempo, que as taxas non se soben. Tranquilo, Sr. Louzán, agora lle explico. ¿Termos reais?, ¿podémolo aceptar?. Este ano a suba do IPC é 1,5, pero non, acumulan todos os anos. Pero é que a familia que vai a pagar este ano, vai a pagar un 11% máis desta taxa, primeiro punto. Iso se suma, porque non é a taxa soamente do Príncipe Felipe, é o IVE, é o IRPF, son os impostos especiais, son as taxas… todo iso son un acumulativo de incrementos, que están a soportar as familias, polo tanto, un incremento do seu gasto familiar, incremento do seu gasto familiar. Non negue coa cabeza porque iso é así, xa sei que lle molesta, porque por certo, todas subidas do Partido Popular. Pero é que cada vez hai máis familias que están a cobrar un subsidio de desemprego, e os ingresos das familias non están a crecer, en termos reais. Por poñerlle outro exemplo, as pensións, que agora laia o PP, é que subímolas pensións, soben un 0,25% as pensións, o IPC vai subir un 1,5, en termos reais, como falou vostede, as pensións perden -1,25; eses son termos reais. Entón non nos veña a contar un conto, non Sr. Louzán, porque este conto non llo vamos a comprar, porque a renda dispoñible familiar é menor, en termos reais, hoxe, que fai outros anos, que fai anos atrás, iso, se quere falar da realidade económica, Sr. Louzán. Así pois, non é a taxa do Príncipe Felipe hoxe, é o acumulativo de todas as subas que estamos a sufrir desde que goberna o Partido Popular. Polo tanto, en termos económicos, non, non se xustifica, e xa lle digo, o exemplo das pensións, soben un 0,25; o IPC vai subir o 1,5 ou 1,7; saen subida negativa, e iso si son termos reais, son termos reais. Despois, outra cousa que non lle vou a permitir é, o populismo e a demagoxia que fai, por sorte os plenos están gravados. Me gustaría recuperar a gravación da miña anterior intervención, para ver onde critiquei, eu, ó Príncipe Felipe, dígame vostede onde critiquei ó Príncipe Felipe. Vostede confunde criticar con preguntar, iso si, cando preguntamos e lle digo, que fai, ano e medio que levo esperando a que me contesten, por escrito, unhas preguntas que teño feito, por escrito, sobre o Príncipe Felipe e non teño resposta, cando iso ocorra, loxicamente terei información, e si, lle vou a dar a razón, non teño información sobre o Príncipe Felipe, porque cando pido a información non se me dá, e como non se me dá, non a teño. Agora, vostede aproveite iso, “vostede, Sr. Cacabelos, non se entera do que pasa no Príncipe Felipe”. Claro que non, porque é imposible enterarse do que pasa co Príncipe Felipe, porque o Sr. Louzán non quere que nos enteremos do que pasa co Príncipe Felipe; pero mire, lle recollo o guante, poña día, fecha, hora, para esa visita guiada, espero que me guíe a concelleira do Partido Popular na Illa, que é unha das funcionarias do Príncipe Felipe e estarei encantado de visitar as instalacións e despois, seguramente con máis causa e razón, vou criticar ó Príncipe Felipe, con máis causa ou menos causa. Pero eu non estou a discutir hoxe aquí a función social do Príncipe Felipe, como, loxicamente, é un organismo público e hai fondos públicos, será lóxico e normal, que desde a oposición preguntemos, en que, se invisten, gastan, eses fondos públicos e reitero, máis de dez millóns de euros, máis de dez millóns de euros, Sr. Louzán. Polo tanto, non, por aí non, ¡eh!, non critico o Príncipe Felipe, pregunto en que estamos a gastar dez millóns de euros, e polo tanto, se tivera esa información, agora poderíamos, estar en dispoñibilidade de apoiar, ou non apoiar, a subida desas taxas. Polo tanto, se en termos reais non se xustifica, en gasto-estrutura do Príncipe Felipe, como temos descoñecemento, non se xustifica e por certo, mire, Sr. Louzán, “pola boca morre o pez”, “pola boca morre o pez”, porque lle vou a dicir, mire, falaba vostede na súa anterior intervención, que o Partido Popular aquí na Deputación non fai nin como o PP nin como o BNG, que gasta en festexos, en festas, en empanadas e vostedes gastan en instalacións e tal. Mire, “pola boca morre o pez”. Extractos resolucións presidenciais, 24 de Setembro ó 21 de outubro deste ano. Presidente da Deputación de Pontevedra, e, home, di que vostedes non gastan en festas e empanadas, pero, home, é chamativo que se gasten en porcos celtas dous mil douscentos euros, e, con todos os meus respectos, pero aquí está ¡eh!, non estou mentindo; co porcel, para intercambio internacional, será que agora mandamos de turistas porco celta. Bueno, iso é, seguramente terá a súa xustificación. Pero é que é máis, mire, sácolle outro gasto, sácolle outro gasto, que vostede non gasta en festas, en festas, nin en festexos, nin en empanadas; contratamos a unha orquestra internacional, D’ Tacón, por vinte e un mil euros, a Deputación de Pontevedra. Se iso non son gastos en festas e en festexos, a ver que son. Iso si, como fai o gasto o Partido Popular están máis que xustificados, se o fan outros partidos é gastos en festas e festexos. Sr. Louzán, por favor, home, por favor, a estas alturas así non. Polo tanto, desde o Partido Socialista lle pedimos que retiren esta moción, que retiren esta proposta de subida de taxas, á espera de que despois desa famosa visita guiada e con toda a información que nos vai a subministrar sobre o Príncipe Felipe, poidamos ter unha opinión, máis, máis formada e ó mellor, ó mellor seríamos quen de apoiarlle esta moción. Mentres iso non sexa así, e senón retiran esta moción, tal como lle propoñemos, vamos a votar en contra, porque, Sr. Louzán, non se xustifica e reitéroo, porque sei que aquí hai que ser moi clariño co que se di; non estamos a criticar o Príncipe Felipe, non estamos a facer populismo, estamos preguntando, xa sei que iso non lle gusta e que agora sairá, a saber por onde, porque nunca, por certo, contesta, ás preguntas directas que lle facemos. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Bueno, aquel que acusa a outra persoa de facer o que el fai, pois, non é así, porque eu, se algo me caracteriza é falarlle con claridade, e entón voulle a contestar por varios apartados: primeiro, esa concelleira do Partido Popular, gustosamente, lle vai a ensinar as instalacións do Príncipe Felipe, pero, seguramente, tamén llas vai a ensinar algunha funcionaria que é parente moi directo dalgún cargo socialista importante, ¡eh!. Polo tanto, ten posibilidades, a elixir, pode ser a concelleira do Partido Popular ou pode ser de directos cargos socialistas, calquera, e se quere, leva os dous, un dun lado e outro doutro, e así, para que non se perda, para que vaia así sustentado. Sr. Cacabelos Rico.- Mellor, mellor. Sr. Presidente.- E polo tanto, tome nota diso, en primeiro lugar; segundo, vostede necesita facer un pouco de demagoxia, ¿non?, para dicir que o Partido Popular sobe taxas, pero se llo acaba de dicir o Interventor, que eu non teño que xustificarme, non teño que xustificarme eu, se houbera un incremento de taxas, pois lle diría que si, mira, hai un incremento de taxas, aí está o, o volume real e hai un incremento do económico, que esta casa ingresa máis, pero como vostede non coñece o funcionamento dese centro, por iso ten que, primeiro, ir alí, non se pode falar sen coñecelo, hai que ir alí, informarse e informarse non desde fóra, dentro, é máis, como xa digo, hai cargos, tamén do seu partido, moi próximos, que están, ¡eh!, aí dentro, pois xa non hai ningún problema, que vai ter toda a información. Entón, non busque aquí, facer demagoxia, para dicir que o Partido Popular incrementa taxas, non, incrementará aquilo que teña que incrementar, porque é un partido coherente, que ás veces tamén comete erros, sen dúbida, que non somos infalibles, como o Partido Socialista, ¡que o Partido Socialista é infalible, non se equivoca!, ¿entendes?, non se equivoca; pero nós, dalgunha maneira nos equivocamos, porque somos humanos, ¿vale?. Sra. Isaura, cando queira intervir pida a palabra, se quere intervir, Sra. Isaura, diga “quero intervir”, senón está aí oubeando constantemente, entón, será mellor que, será mellor que pida a palabra para intervir, porque, creo que cando o seu compañeiro estivo falando, vostede estivo calada, e, e polo tanto, pois senón está calada, isto non, se quere, pasamos a unha, montaremos outro tipo de historia, ¿vale?. En todo caso, seguindo co que se comentaba agora, e, eu creo que, xa digo, non coñece esta situación, polo tanto é bo que falemos diso, eu non critiquei. Como a Deputación, a Deputación subvenciona… o que pasa é que vostede cóllea por onde quere, entón, evidentemente, para desviar a atención, de que nós subvencionamos eventos, claro que son moitas festas, porque non vamos a subvencionar, pero eu, estaba falando, neste caso, co Sr. Mosquera, non era con vostede, en relación a que se criticaba, pois que se dedicabamos moito diñeiro ou algún diñeiro a festas e non o dedicabamos, precisamente, a atención social, era unha cuestión puntual, que, o Sr. Mosquera e mais eu sabemos ben do que estabamos falando, e polo tanto non ía contra iso, porque nós subvencionamos todo, pero é máis, facemos infraestruturas, o problema non é só subvencionar iso, é facer infraestruturas, que se necesitan, e iso é o que dalgunha maneira, estamos a facer. Polo tanto, isto non ten, xa digo, porque o acaba de aclarar, xa digo, calquera dúbida o Sr. Interventor, que lle agradezo, ademais, a súa intervención e aclaración a este respecto, porque creo que é importante para que non se faga eco dunha cuestión que non é, hai que facerse eco da realidade e a realidade é como se acaba de dicir. Os datos falan por si sós. Polo tanto, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, Sr. Presidente. O outro día na Comisión, este expediente veu, fóra da orde do día, bueno, ben, práctica que non se debe utilizar cunha cousa destas. Evidentemente, alí non tivemos tempo a lelo, e despois lémolo e sacamos as nosas conclusións, e, xa sabíamos, por exemplo, e digo, para deixalo claro, por exemplo, o comedor para de 1 a 3 anos, non sobe, vale, o comedor de 4 a 12, entendemos que baixa. Sr. Presidente.- Claro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vale, pero, a nós quedábanos a dúbida, primeiro da subida do 11,3%; e segundo, desta primeira parte, que, suponse que afecta ós de máis de 12 anos, dinos que non, dinos que non. Bueno, obviamente, se se salva esta parte así de certa, nós non teríamos problema en consonancia co que dixemos antes, pero non é, non é o que se nos explicou o outro día nin é o que aparece no expediente. Ben, como, o asunto vén así, vamos, subida do 11% nunhas taxas, pero non afecta, non afecta, agardemos que sexa certo, vámonos a fiar; pois e, vámonos abster na tal, e síntoo, xa o dixen antes, lamentamos que isto non se puidera falar antes con calma para poder aclarar estas cousas, dixen, e que esta suba, parece excesiva, este prezo, non, só se lle aplican ós residentes que hai alí, bueno, ¿e onde quedan os de máis de doce anos que poidan estar alí acollidos por calquera motivo?, e que iso, que non se cobra a ninguén, ¡pero iso non aparece en ningún lado!, entón, pois non o podemos inventar, nós só podemos ler os papeis que nos deron e as, como na Comisión veu fóra da orde do día, que non se debe traer, un tema deste tipo, non se debe traer fóra da orde do día, pois, abstémonos e deixamos, vamos, deixamos o asunto así. Sr. Presidente.- Bueno, pois moitas gracias, neste caso, Sr. Mosquera, eu digo que, que polo que vexo, pois estamos coincidentes neste tema, aclarada esa dúbida, e bueno, en todo caso, é unha tramitación que, que debemos levar adiante, non é que teñamos máis nin menos interese, senón que é o que corresponde porque así no lo pide o Servizo de Intervención desta casa, como claridade, e, de aí que vaiamos a poñer en marcha este tema e agradezo, neste caso, a colaboración do Bloque Nacionalista Galego para con este tema, a pesar da abstención, pero que está clarificada e que polo tanto, creo que o Bloque Nacionalista Galego pois ten entendido que isto é unha cuestión normal e que non ten ningún tipo, como digo, de incremento, e que vai en beneficio, ademais, das persoas que regularmente, me refiro, cativos que están alí e que están todo o ano, no propio, no propio centro, ¿non?. Sr. Cacabelos. Sr. Cacabelos Rico.- Si. Moi brevemente. Nós, quixera saber se van aceptar, vexo que non, a proposta de deixar a taxa enriba da mesa, a falta de aclaración que estamos a ver, que necesita determinada aclaración e información suplementaria sobre o Príncipe Felipe, e, se fora así, pois, nós estaríamos dispostos a colaborar, para estudar e facer unha mellor proposta, e incluso, aprazar esta taxa a anos vindeiros, xa que como vén anunciando o goberno do Partido Popular, isto, xa saímos da crise e hai recuperación económica, e parece ser que xa para o ano e o seguinte veñen tempos económicos mellores. Cremos que non é o momento e que non se xustifica, así pois, reiteramos a solicitude de deixar enriba da mesa esta proposta. Grazas. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias, Sr. Cacabelos. Dicirlle, ó mesmo tempo que, como vostede vai a ir a visitar a instalación e todo o demais, pois vai a ter un tempo de coñecemento, hai tempo de alegacións, para poder coñecer, polo miúdo do tema e despois se dará conta e probablemente respalde esta coordinación, eu diría que é a palabra, coordinación das taxas de Príncipe Felipe, beneficiando, claramente, ademais, ós cativos, maioritariamente, que están dentro todos os días, dentro das instalacións de Príncipe Felipe. Polo tanto, procedemos á votación do punto número 3 da Modificación da Ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no centro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 246, de data 28 de decembro de 2004 aparece publicada a ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan ou actividades que se realizan na Cidade Infantil Príncipe Felipe. Resultando que esta ordenanza reguladora sufriu diversas modificacións da súa tarifa aparecendo publicadas as últimas modificacións no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 236, de data 7 de decembro de 2007, con entrada en vigor o día 1 de xaneiro de 2008 e no BOP número 132 de data 9 de xullo de 2008, aínda que esta última só afectou ó servizo de comedor dos nenos/as de 1 a 3 anos. Resultando que estes últimos anos no Centro Príncipe Felipe producíronse unha serie de cambios que afectan ós servizos que se ofertaban a través da citada ordenanza, motivo polo cal se fai necesario actualizar tanto os conceptos como as tarifas das taxas, tendo en conta que as mesmas non sufriron variacións desde o 1 de xaneiro de 2008 e que o Índice de Prezos ó Consumo desde esa data ata o pasado mes de agosto sufriu unha variación do 11,3%. Vista a proposta emitida polo Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe de data 14 de outubro de 2013, no que se reflicte que existen razóns de carácter social que xustifican que se aproben as novas tarifas e resultando que se emite informe de Intervención de data 17 de outubro de 2013 de conforme a proposta de modificación desta taxa se axusta á normativa existente na actualidade sobre a materia. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, e tendo en conta o establecido no artigo 106.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o previsto nos artigos 20 ó 27 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: 1. Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no Centro Príncipe Felipe, incluíndo as seguintes modificacións: 1. Incrementar os importes das anteriores tarifas publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 236, de data 7 de decembro de 2007, cunha porcentaxe do 11,3 %, que vén sendo a variación sufrida no Índice de prezos ó consumo, dende o mes de xaneiro de 2008 en que entraron en vigor ata o mes de agosto de 2013 (último mes con datos do IPC). Os cálculos coa variación do IPC, efectúanse con redondeos á alza para facilitar os cambios nos pagamentos en efectivo. Estes incrementos afectan os conceptos 1.1 (Estancia completa, ó mes), 1.2 (Estancia en media pensión, ó mes), 1.3 (Estancias individuais), 1.6 (Utilización de aulas ), 1.7 (Utilización de auditorio), 2.3 (Escolas Deportivas), e 4 (Venda de produtos de cafetería). 2. Incluír no concepto número 1 correspondente a internados e estancias un apartado que permita prestar o servizo de comedor ós nenos/as de 4 a 12 anos, en base á demanda deste servizo por parte dos pais dos alumnos do Colexio de Educación Infantil e Primaria cuxas instalacións pertencen á Deputación de Pontevedra. Deste xeito incluiríase o punto 1.5 que se pasa a denominar da seguinte forma: 1.5. Polo servizo de comedor a nenos/as de 4 a 12 anos. 1.5.1. Polo servizo mensual de comida. 1.5.2. Polo servizo de comida, ó día. Os anteriores puntos 1.5 e 1.6, correspondentes á utilización de aulas e do auditorio que quedan da seguinte forma: 1.6. Utilización de aulas, cada hora ou fracción. 1.6.1. Teóricas. 1.6.2. Informáticas. 1.6.3. Talleres. 1.7. Utilización de auditorio, cada sesión. A demanda de prestación de servizos correspondentes ós internados e estancias, utilización de aulas e auditorios, prodúcense por parte de asociacións e grupos que adoitan usar as instalacións do Centro Príncipe Felipe para realizar diversas actividades culturais e deportivas, así como polos menores que participan en campamentos polideportivos. 3. Incluír no concepto número 2 correspondente á utilización das instalacións deportivas novos subconceptos para diferenciar a utilización das instalacións do pavillón ou do campo de fútbol en sesións de adestramento ou de competición, así como a utilización do ximnasio existente no Pavillón Polideportivo. 2.1. Pavillón polideportivo: 2.1.1. Cada hora ou fracción de adestramento de clubs sen luz. 2.1.2. Cada hora ou fracción de adestramento de clubs con luz. 2.1.3. Cada hora ou fracción de adestramento de senior sen luz. 2.1.4. Cada hora ou fracción de adestramento de senior con luz. 2.1.5. Cada hora ou fracción de competición de clubs sen luz. 2.1.6. Cada hora ou fracción de competición de clubs con luz. 2.1.7. Cada hora ou fracción de competición de clubs de Categoría Nacional, con taquilla. 2.1.8. Cada hora ou fracción de competición de clubs de División de Honor, con taquilla. 2.1.9. Cada hora ou fracción utilización ximnasio. 2.2. Campo de fútbol: 2.2.1. Cada hora ou fracción de adestramento de clubs sen luz. 2.2.2. Cada hora ou fracción de adestramento de clubs con luz. 2.2.3. Cada hora ou fracción de adestramento de senior sen luz. 2.2.4. Cada hora ou fracción de adestramento de senior con luz. 2.2.5. Cada hora ou fracción de competición de clubs sen luz. 2.2.6. Cada hora ou fracción de competición de clubs con luz. 4. O concepto número 3 sofre unha modificación debido a que se quere eliminar a utilización de transporte escolar do Centro de Día e no seu lugar inclúense os campamentos polideportivos que organiza a Deputación durante o verán. 5. No apartado de venda de produtos en cafetería elimínanse por unha banda unha serie de produtos que non teñen a suficiente aceptación entre os usuarios deste servizo e doutra banda inclúense novos produtos demandados polos mesmos. Unha vez incorporadas estas propostas ó anexo I da ordenanza reguladora e efectuada a actualización do prezo das tarifas, os prezos das taxas polos servizos que se prestan no Centro Príncipe Felipe quedan da seguinte forma: Conceptos Tarifa nova 1. Internados e estancias: 1.1. Por estancia completa, ó mes 480,00 € (almorzo, comida, merenda, cea e aloxamento) 1.2. Por estancia en media pensión, ó mes 310,00 € (almorzo, cea e aloxamento) 1.3. Estancias individuais: 1.3.1. Pensión completa, ó día: 17,15 € 1.3.1.1. Almorzo, ó día 2,90 € 1.3.1.2. Comida, ó día 5,15 € 1.3.1.3. Merenda, ó día 1,75 € 1.3.1.4. Cea, ó día 3,45 € 1.3.1.5. Aloxamento, ó día 6,85 € 1.4. Servizo de comedor a nenos/as de 1 a 3 anos, cada mes: 1.4.1. Polo servizo mensual de comida 33,00 € 1.4.2. Polo servizo mensual de cea 33,00 € 1.4.3. Por días soltos e por persoa 2,00 € 1.5. Polo servizo de comedor a nenos/as de 4 a 12 anos 1.5.1. Polo servizo mensual de comida 46,00 € 1.5.2. Polo servizo de comida, ó día 2,30 € 1.6. Utilización de aulas, cada hora ou fracción 1.6.1. Teóricas 10,30 € 1.6.2. Informáticas 22,90 € 1.6.3. Talleres 57,15 € 1.7. Utilización de auditorio, cada sesión 102,90 € 2. Por utilización de instalacións deportivas: 2.1. Pavillón polideportivo: 2.1.1. Cada hora ou fracción de adestramento de clubs sen luz 5,00 € 2.1.2. Cada hora ou fracción de adestramento de clubs con luz 8,00 € 2.1.3. Cada hora ou fracción de adestramento de senior sen luz 9,00 € 2.1.4. Cada hora ou fracción de adestramento de senior con luz 12,00 € 2.1.5. Cada hora ou fracción de competición de clubs sen luz 12,00 € 2.1.6. Cada hora ou fracción de competición de clubs con luz 15,00 € 2.1.7. Cada hora ou fracción de competición de clubs de Categoría Nacional, con taquilla 36,00 € 2.1.8. Cada hora ou fracción de competición de clubs de División de Honor, con taquilla 48,00 € 2.1.9. Cada hora ou fracción utilización ximnasio 3,00 € 2.2. Campo de fútbol: 2.2.1. Cada hora ou fracción de adestramento de clubs sen luz 5,00 € 2.2.2. Cada hora ou fracción de adestramento de clubs con luz 8,00 € 2.2.3. Cada hora ou fracción de adestramento de senior sen luz 9,00 € 2.2.4. Cada hora ou fracción de adestramento de senior con luz 12,00 € 2.2.5. Cada hora ou fracción de competición de clubs sen luz 12,00 € 2.2.6. Cada hora ou fracción de competición de clubs con luz 15,00 € 2.3. Escolas deportivas, por actividade e curso 34,30 € 3. Campamentos polideportivos (Só en tempada de verán) 3.1. Organizados pola Deputación, en períodos de 6 días, con prestación de servizos, por persoa 125,00 € 4. Venda de produtos en cafetería: 4.1. Refrescos: Cervexa Heineken 1/3 1,20 € Cervexa Heineken 1/5 0,90 € Cervexa Buckler s/alcohol 0,95 € Coca-cola botella 0,90 € Coca-cola bote 0,90 € Tónica 1,00 € Kas bote 0,90 € Nestea 1,10 € Zumes 0,90 € Trinas (bote) 0,90 € Auga mineral 1,5 0,85 € Auga mineral ½ 0,65 € Té e macela 0,50 € Té con leite ou limón 0,60 € Café só 0,75 € Café cortado 0,75 € Café con leite 0,75 € Café con xeo 0,85 € Café dobre con leite 0,85 € Café descafeinado 0,75 € Café descafeinado dobre 0,85 € Cola-cao 0,85 € 4.2. Repostería: Bolo de leite 0,75 € Napolitanas chocolate 1,00 € Caracolas 1,00 € Croissant 0,75 € Croissant con queixo 0,95 € Croissant con xamón 1,50 € Croissant con queixo e xamón 1,75 € 4.3. Bocadillos: Xamón 1,65 € 1/2 de xamón 0,90 € Tortilla 1,20 € 1/2 de tortilla 0,75 € Queixo 1,20 € 1/2 de queixo 0,75 € Pechuga de polo 1,75 € 1/2 Pechuga de polo 1,15 € Pechuga de polo con queixo 1,80 € 1/2 Pechuga de polo con queixo 1,20 € Chourizo 1,20 € 1/2 de chourizo 0,75 € Tortilla con xamón 1,75 € 1/2 de tortilla con xamón 1,15 € Xamón con queixo 1,75 € 1/2 de xamón e queixo 1,00 € Chourizo e queixo 1,35 € 1/2 de chourizo e queixo 0,85 € Marmelo 0,90 € 1/2 de marmelo 0,60 € Marmelo e queixo 1,35 € 1/2 de marmelo e queixo 0,85 € Salchichón extra 1,35 € 1/2 de salchichón extra 0,85 € Tacos 0,60 € Salchichón con queixo 1,75 € 1/2 salchichón con queixo 1,00 € 2.- O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no Centro Príncipe Felipe, exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. 3.- Unha vez finalizado o período de exposición pública e no caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. 4.- Estas modificacións publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e entrarán en vigor o día 01 de xaneiro de 2014. 4.6401.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- O punto número 4. Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados. ¿Este é dar coñecemento ou hai que votar?. Sr. Secretario.- Si. Si quieres lo lees. Son los que se han ido, para asumir la representación. Sr. Presidente.- Si. Os cambios dos deputados que estaban en representacións e que, por motivo de cambio de deputados, pois, asumen novas responsabilidades. Polo tanto, procedemos á votación dos mesmos. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Grazas. Nós vámonos abster co criterio que mantivemos sempre, non, non é polas persoas, en concreto, eu creo que isto é, a Deputación, creo que o órgano máximo é a Corporación e ás veces incluso son representantes directos da Corporación, e parece que a Corporación só existe un cacho dela á hora de nomear, ¿non?. Na maioría dos organismos, non creo que, os membros da Corporación, que non somos, que non formamos parte do grupo de goberno, pois, creo que si poderíamos facer con absoluta dignidade, práctica que por outro lado sucede en concellos e sucede tamén noutras deputacións. Nesta casa, nesta casa parece que, todo ten que ser, á parte, incluso, ¿non sei que beneficio?, porque a maioría nin se cobran nin nada, pero bueno, nin, nin nada, pero, pero bueno, non sei porque teñen esa práctica tan cerril de, ¿non?, de que teñen que ser seus, entón abstémonos e punto. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Pois procedemos, polo tanto, á votación: ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados. Dita moción é como segue: “Dada conta de que o Pleno, en sesión plenaria de 29 de xullo de 2011, aprobou Moción desta Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados. Resultando que en sesión plenaria de 13 de setembro tomouse coñecemento das renuncias ó seu cargo dos Deputados Provinciais de D. Pablo Baquero Álvarez, D. Arturo Grandal Vaqueiro e D. José Nelson Santos Argibay, tomando posesión os novos deputados en sesión plenaria de 27 de setembro, polo que é preciso volver a designar representantes en diversos órganos colexiados. Considerando que o art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Por todo iso, a Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: “Designar representantes desta Deputación nos seguintes órganos colexiados: D. Horacio Gil Expósito: • Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra. D. Moisés Rodríguez Pérez: • Representante GDR-17. D. Alejandro Rodríguez Rodríguez: • Padroado da Vivenda da Mellora Rural. • Padroado Municipal “Monte Santa Tegra” (A Guarda). • Xunta Consultiva do Parque Natural do Monte Aloia.” 5.6402.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Non houbo. b) Parte de información e control: 6.6403.- INFORME SOBRE CUMPRIMENTO DE PRAZOS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E AS ENTIDADES LOCAIS ESCOLA DE ENFERMERÍA E CONSORCIO PROVINCIAL DE BOMBEIROS, DURANTE O TERCEIRO TRIMESTRE DE 2013, EN RELACIÓN Ó DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sr. Presidente.- Punto número seis. O informe sobre cumprimento de prazos pola Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola de Enfermería e Consorcio Provincial de Bombeiros, durante o terceiro trimestre de 2013, en relación ó disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O Xefe do Servizo de Contabilidade elaborou sendos informes nos que figuran o conforme de Tesourería e Intervención en relación co cumprimento por parte da Deputación de Pontevedra e as Entidades Locais Escola de Enfermería e Consorcio de Bombeiros durante o terceiro trimestre do ano 2013, dos prazos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Os detalles máis relevantes dos informes en canto o cumprimento dos prazos de pago previstos son os seguintes: 1. Con referencia á data de rexistro da factura:  Pagos realizados: Pagos realizados Período medio (días) Período medio pago excedido(días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación 23 13 3.795 6.400.252,40 241 1.109.938,13 Escola de Enfermería 14 8 8.080,73 Consorcio de Bombeiros 21 5 14 718.988,85 1 189,19  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período medio (días) Período medio excedido (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº operacións Importe total Nº operacións Importe Total Deputación 11 35 878 1.488.136,40 17 28.326,85 Escola de Enfermería 1 1 18,00 Consorcio de Bombeiros 2. Con referencia á data da factura:  Pagos realizados: Pagos realizados Período medio (días) Período medio pago excedido(días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación 41 25 2.234 3.403.892,89 1.802 4.106.297,64 Escola de Enfermería 29 22 6 5.814,67 2 2.266,06 Consorcio de Bombeiros 26 4 11 474.106,55 4 245.071,49  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período medio (días) Período medio excedido (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº operac. Importe total Nº opera. Importe total Deputación 22 44 870 1.605.866,27 130 147.500,18 Escola de Enfermería 0 2 337,05 Consorcio de Bombeiros 3. Intereses de demora pagados: Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga: Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 0 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00 € O Pleno queda enterado do contido dos informes sobre cumprimento de prazos pola Deputación Provincial de Pontevedra e as Entidades Locais Escola de Enfermería e Consorcio de Bombeiros, durante o terceiro trimestre de 2013, en relación ó disposto na Lei 15/2010, de modificación da Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 7.6404.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Sete, neste caso. Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Dos días 24 de setembro ó 21 de outubro. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 24 de setembro e 21 de outubro do ano 2013 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 30 de setembro de 2013, nomeando ó deputado provincial D. Moisés Rodríguez Pérez membro da Xunta de Goberno; adscribindo ós deputados provinciais D. Horacio Gil Expósito, D. Moisés Rodríguez Pérez e D. Alejandro Rodríguez Rodríguez ás distintas Comisións Informativas; e, nomeando Presidente efectivo da Comisión Informativa de Desenvolvemento Agrogandeiro a D. Horacio Gil Expósito. 8.6405.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Despois, rogos e preguntas, que temos por aí. Antes, en todo caso, creo que tiña por aquí anotado que o outro día falamos dun tema da Escola de Enfermería e lle vou a mandar o borrador, xa avanzado, entre a Universidade de Vigo e a propia Deputación, para a transferencia deste centro. Non sei que grupo era o que preguntaba sobre esta cuestión, trasladar que a vamos a, que lle vamos a remitir esa información ós grupos para a aportación. Xa hai, un documento de traballo para a transferencia da Escola de Enfermería. En todo caso, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas. Sr. Presidente. En principio, é un pleno, no que levou, posiblemente, demasiado tempo o punto tres, pero que se presta, pola extensión da orde do día, para facer un repaso nalgúns temas moi importantes que están en marcha nos que non se dá, bueno, aclaración ou información. O outro día preguntáballe polo Proxecto de Acceso ó Príncipe Felipe. Sr. Presidente.- ¿De?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Do Proxecto de Acceso ó Príncipe Felipe, que non sabemos nada del. Agardo que… Sr. Presidente.- Polo que puiden informarme, calculo que o próximo venres, estará aprobado na Xunta de Goberno. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben. Sr. Presidente.- O que, terá, porque parece ser que ten que ir, pola súa contía, á Xunta de Goberno. Porque cerrado o acordo cos técnicos do concello sairá, terá que saír a concurso público, parece ser e aprobado na Xunta de Goberno. E, hoxe, creo que non puido ser, polos datos que eu teño, pero o próximo venres estará aí encima da mesa. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben. En segundo lugar, queríalle preguntar en que estado está o asunto do Servizo Provincial da Recollida de residuos. Sr. Presidente.- Bueno, pois eu creo que iso se está vendo, ademais, a través dos medios de comunicación, estamos recibindo as adhesións dos distintos concellos. Como saben, ademais, agora, pois temos un tema de moda, que non me gustaría que estivera de moda, que é o posible incremento das taxas debido á falta, neste caso, da prima que se daba por enerxía, que dalgunha maneira recibía a planta de SOGAMA. E por iso, vamos, eu puiden ver ademais, en distintos medios de comunicación, a adhesión de tres concellos máis e estamos preparando todo para facer tres zonas de actuación, para non ter que andar desprazándonos dunha punta da provincia á outra, e, dalgunha maneira, unha vez que rematen as adhesións, poñer en marcha este operativo ¿non?, como habíamos falado. E, bueno, ter unha reunión previa, neste caso co Grupo do Bloque Nacionalista Galego, para ultimar detalles antes da posta en marcha do servizo, que eu creo que vai a, como digo, a funcionar. Vamos a facer un esforzo, importante tamén, traslado dende aquí, para beneficiar, neste caso, ós concellos pero para beneficiar ós cidadáns, no que se refire a ese posible incremento da taxa deste servizo e polo tanto, que o vai asumir, probablemente, que o vai asumir a Deputación. Sr. Mosquera Lorenzo.- Así, darlle voltas ás cousas, parece que non, posible non, confirmado o 33% e o que veña detrás, xa por escrito, oficialmente, comunicado ós concellos. Sr. Presidente.- Xa, bueno. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ou sexa que, posible, posible sería hai dous meses, agora xa non é posible, agora é certo, e o que virá detrás. Pero bueno, ben. Seguinte cuestión, que tamén é un asunto que leva aquí, e que o Presidente, no seu momento, mostrou interese á conexión peonil entre Bombeiros e a Ponte das Correntes. Sr. Presidente.- Bueno. Iso saben que é unha proposta que eu lle trasladei, que temos que traballar conxuntamente nese concurso, que vamos a sacar na semana próxima, vamos a pedirlle a esa empresa ou a esa consultora que nos faga o deseño dese tema. Creo que é un tema necesario, vostede estará de acordo comigo e como xa habíamos falado, o alcalde, vostede e mais eu e estaba a deputada Ana Isabel tamén, de que iso é unha cuestión de pouco empaque económico, e sen embargo, que soluciona e sobre todo, que lle dá cobertura e seguridade ás persoas que por alí van. Entón, a idea era que dentro da proposta, onde nos van a facer o trazado, máis o proxecto expropiador e todo iso, pois que esta mesma consultora nos faga ese deseño. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben. E por último, polo menos pola miña parte… Sr. Presidente.- Que por certo, quixera facer unha aclaración a ese respecto, de que seguimos, sen saber, de quen é ese vial, ¿verdade?, porque aí, eu non sei se o concello ten coñecemento ou non, porque vamos actuar nun vial que, ¡sen titularidade!. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, a historia é un pouco máis enrevesada, porque parte está en litixio de lindes entre Pontevedra e Poio. Sr. Presidente.- ¡Ah!. Sr. Mosquera Lorenzo.- Os viales da Xunta chegan ata alí, pero chegan ata a estrutura, podería ser da Xunta, pero tamén pode ser de Autoestradas ou de Fomento, porque en canto que é unha estrutura que pasa por riba da, da autoestrada, ou sexa, como era aquilo, “entre todos a mataron e ela sola xa morreu”, pero, ¡por alí non se pode pasar!. Sr. Presidente.- Exactamente. Sr. Mosquera Lorenzo.- Entre unha cousa e outra por alí non se pode pasar e haber, haber se podemos arranxar. Era por saber como estaban os… Sr. Presidente.- Si. A idea vai dentro dese paquete. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, e por último, aquí despois de dous anos de xestións ou de dura batalla, como se debía dicir, aprobamos unha ordenanza, pioneira que incluso, bueno, nestes momentos a modificación, que non sabemos se quedou enfiada ou non, da Lei de Tráfico, vai por aí, con respecto a seguranza viaria nas vías provinciais e supoño que se merecería, que nalgún momento poñía uns prazos, que xa están vencidos algúns e demais, que nalgún momento se fixera un informe do que fixo esta Deputación, para impulsar e por en práctica a ordenanza, ¿non?, que aprobamos aquí, por unanimidade, senón me acordo mal. Sr. Presidente.- Ben. Trasladarei ademais a, ó director de Infraestruturas, para que nos dea a información en relación a ese acordo, que eu creo que foi bo, e que, dalgunha maneira, que pasos se van a dar a partir de agora. Sra. Veloso. Sra. Veloso Ríos.- Si. Moitas grazas. Eu teño un rogo, que eu creo que vai ser moi doado de atender por parte desta Deputación, porque, seguro que ten a vontade de respectar a lexislación vixente e ten os recursos para facelo, neste caso. Porque contamos, nesta Deputación, cun Servizo Lingüístico e cun servizo, ademais, que inclúe, o servizo para a páxina web, con catro persoas, tal e como figura na relación de postos de traballo, agora creo que hai tres bolseiros traballando neste servizo tamén. Entón, estou convencida, absolutamente convencida, de que van evitar que volva acontecer o que está acontecendo agora mesmo, que vamos á páxina web da Deputación, consultamos o calendario das charlas sobre o Alzheimer, que se están desenvolvendo en 42 concellos, senón me equivoco, e atopámonos con topónimos como “La Estrada, Villagarcía, Puente Caldelas”, e xa o mellor de todos, que este si que é bilingüismo, non é harmónico obviamente, pero é bilingüismo, “Illa de Arosa”. A estas alturas e ademais cunha, cunha historia xa, de demandas neste sentido, na Deputación, eu penso que, bueno, non é de recibo para estas cousas na páxina web da Deputación e estou convencida, insisto, de que cos recursos que hai e a vontade que ten que haber para cumprir coa lexislación, isto vai resolverse e non vai volver a acontecer. Ese é o meu rogo. Sr. Presidente.- Bueno, pois dicirlle que eu creo que está ben claro que esta casa traballa todo, ou diría, practicamente, toda a súa información a traslada no idioma desta terra e creo que niso non hai ningunha dúbida. En todo caso, revisarei esta cuestión, que pode ser que sexa que pasara iso. A persoa que, que está ó fronte da páxina, de trasladar os textos e todo o contido da páxina, sabe ben, porque é unha persoa que ben do Servizo de Normalización Lingüística, polo tanto, corrixiremos esa, esa cuestión. Pero, xa lle digo que non hai ningunha dúbida ó respecto, neste ámbito, da vontade desta casa en facelo, porque xa o acordamos fai moito tempo, eu son, tamén, un animoso practicante do mesmo e creo que neste sentido se vai a levar a cabo, corrixindo, xa digo, algunha cousa que poida haber neste, neste ámbito, que o revisaremos e traslado ó servizo respectivo este plantexamento, que me parece razoable, ¿non?. Sr. Cacabelos. Sr. Cacabelos Rico.- Si, grazas, Sr. Presidente. Unha pregunta sobre solicitude de información, sobre un estudio no concello de Sanxenxo, que se lle había solicitado para a colocación de pasos elevados de peóns na EP-9205, debido ó intenso tráfico que soporta, pois bueno, me trasladan en que situación, en que estado está ese estudio. Sr. Presidente.- ¿Carretera?. Sr. Cacabelos Rico.- EP-9205, é a que pasa polo casco urbano de Sanxenxo, polo que me están trasladando os compañeiros do concello. Sr. Presidente.- Non. A que pasa polo casco urbano é da Xunta e a de abaixo, tamén é da Xunta. Debe ser a que vén, será a que vén de Nantes e que morre na entrada de Sanxenxo. Sr. Cacabelos Rico.- Sei que lle teñen solicitado un estudio e parece ser que había un certo compromiso para, bueno, pois para contratar ese estudio, facer unha valoración, porque soporta tráfico e se había feito unha proposta e unha recollida de firmas para… Sr. Presidente.- Eu creo, creo que está previsto, porque estivo comigo a alcaldesa fai 15 días, está previsto, incluso cando ela veu aquí, o que pasa que o tempo non axudou para, para a colocación dos mesmos, que son dous que están na entrada entre o cemiterio, se mal non recordo, entre o cemiterio e a entrada mesmo de, de Sanxenxo, no que se refire á carretera provincial, non no centro, pero bueno, agora lle paso tamén nota ó director de Infraestruturas, que eu creo que estaba incluído. Moitas gracias. Moi bos días. Levántase a sesión. Gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición