Fondos
2013-09-27_Ordinaria. Acta de sesión 2013/09/27_Ordinaria
Acta de sesión 2013/09/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.829/1.2013-09-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2013/09/27_Ordinaria
Data(s) 2013-09-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 55 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 27 de setembro do 2013 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinte e sete de setembro do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- O primeiro punto, non temos aínda a acta da sesión anterior para poder aprobala. Polo tanto, imos a proceder á toma de posesión dos seguintes Deputados, en primeiro lugar, toma de posesión de Don Horacio Gil Expósito como Deputado Provincial. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Se ha recibido de la Junta Electoral Central las credenciales de Diputado Provincial a favor de Don Horacio Gil Expósito, Don Moisés Rodríguez Pérez y Don Alejandro Rodríguez Rodríguez, al presentar en Secretaría General la declaración de bienes patrimoniales, declaración de causas de posible incompatibilidad y la liquidación del impuesto sobre la renta, no hay obstáculo legal para su toma de posesión. Sr. Presidente.- Bueno, pois procedemos entón á toma de posesión de Don Horacio Gil Expósito, que, seguidamente, o fará tamén Don Moisés Rodríguez Pérez e, en terceiro lugar, Don Alejandro Rodríguez Rodríguez. 1.6390.- TOMA DE POSESIÓN DE DON HORACIO GIL EXPÓSITO COMO DEPUTADO PROVINCIAL Sr. Presidente.- Chamamos polo tanto a Don Horacio Gil Expósito. Sr. Gil Expósito.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Presidente.- Noraboa, benvido a esta casa. Recibiuse da Xunta Electoral Central a credencial de Deputado Provincial a favor de D. Horacio Gil Expósito e toda vez que presentou na Secretaría Xeral a declaración de bens patrimoniais, declaración de causas de posible incompatibilidade, así como a liquidación do imposto sobre a renda e de sociedades, e non habendo obstáculo legal, toma posesión do cargo de Deputado Provincial D. Horacio Gil Expósito. 2.6391.- TOMA DE POSESIÓN DE DON MOISÉS RODRÍGUEZ PÉREZ COMO DEPUTADO PROVINCIAL Sr. Presidente.- Toma de posesión de Don Moisés Rodríguez Pérez. Sr. Rodríguez Pérez.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Presidente.- Noraboa. Recibiuse da Xunta Electoral Central a credencial de Deputado Provincial a favor de D. Moisés Rodríguez Pérez e toda vez que presentou na Secretaría Xeral a declaración de bens patrimoniais, declaración de causas de posible incompatibilidade, así como a liquidación do imposto sobre a renda e de sociedades, e non habendo obstáculo legal, toma posesión do cargo de Deputado Provincial D. Moisés Rodríguez Pérez. 3.6392.- TOMA DE POSESIÓN DE DON ALEJANDRO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ COMO DEPUTADO PROVINCIAL Sr. Presidente.- E, finalmente, tamén toma de posesión de Don Alejandro Rodríguez Rodríguez. Sr. Rodríguez Rodríguez.- Juro por mi conciencia y honor cumplir las obligaciones del cargo de Diputado Provincial con lealtad al Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado. Sr. Presidente.- Don Alejandro, benvido. Recibiuse da Xunta Electoral Central a credencial de Deputado Provincial a favor de D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e toda vez que presentou na Secretaría Xeral a declaración de bens patrimoniais, declaración de causas de posible incompatibilidade, así como a liquidación do imposto sobre a renda e de sociedades, e non habendo obstáculo legal, toma posesión do cargo de Deputado Provincial D. Alejandro Rodríguez Rodríguez. Sr. Presidente.- Bueno, pois reiterar neste caso a benvida de novo ós tres Deputados: Horacio Gil, Moisés Rodríguez e Alejandro Rodríguez. E procedemos, polo tanto, xa, a continuar coa orde do día establecida. a) Parte resolutiva: 4.6393.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 3/2013 Sr. Presidente.- Punto número catro da orde do día. Expediente de modificación de créditos número 3/2013. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días. En primeiro lugar, darlle a benvida ós compañeiros Horacio Gil, Moisés Rodríguez e Alejandro Rodríguez, desexándolle que o seu traballo sexa sempre cun obxectivo claro, que é o que temos todos, que é a defensa dos intereses. Sr. Presidente.- Para, para, non se escoita ben, a ver, empeza. Sr. Figueroa Vila.- Dicía que me gustaría empezar dando a benvida ós compañeiros Horacio Gil, Moisés Rodríguez e Alejandro Rodríguez, desexándolle que o seu traballo sexa e teña como obxectivo fundamental o que nos mantén a todos aquí, que é a defensa. Sr. Presidente.- Non vai alá. Sr. Figueroa Vila.- Se o digo outra vez non me vai a saír igual. A ver, dicía que, en primeiro lugar, darlle a benvida ós compañeiros Horacio Gil, Moisés Rodríguez e Alejandro Rodríguez, desexándolle que o seu traballo sexa o que defendemos todos nesta casa que é, cun obxectivo claro, que é a defensa dos intereses xerais dos veciños e veciñas da provincia de Pontevedra, polo tanto, benvidos os tres. Hoxe traemos un expediente de modificación de créditos por un importe dun millón cento sesenta e sete mil euros, dos cales hai partidas moi importantes, dunha maneira especial, unha partida para transferencias a familias sen fins de lucro, Centro de Día residencial Alento de Dano Cerebral, por un importe de douscentos mil euros, dicirlles que esta asociación vén desempeñando un traballo importante na provincia de Pontevedra e na cidade de Vigo con respecto a un proxecto de Centro de Día residencial para persoas con dano cerebral, e que eles tiñan unha inversión importante, e agora, bueno, pois necesitaban, para rematar, unha contía en torno ós douscentos mil euros, o financiamento, a execución da obra no seu conxunto, estamos a falar de catro millóns de euros que a Xunta financiou cun importe de dous millóns oitocentos mil euros, o Ministerio cincocentos mil e despois unha serie de entidades privadas tamén que colaboraron, polo tanto, é unha partida, unha contía importante para unha asociación que o necesita como moitas outras, pero bueno, esta, se fixo unha valoración moi exhaustiva en canto á petición e demanda que fixeron, se considerou que era oportuno. Tamén, temos unha contía de cento dez mil euros para estudos e traballos técnicos do Proxecto Aquelando, que é un financiamento do 20%, dun total de cincocentos cincuenta e un mil que é a contía que se deu por un excedente que había neste proxecto a nivel nacional do Fondo Social Europeo e que esta Deputación, que fixo un magnífico traballo, pois se lle valorou pois positivamente. Tamén, temos outra partida para investimentos en cultura, de entidades sen fin de lucro, por importe de oitenta e cinco mil euros. E despois, hai catro, cinco partidas, relacionadas coa enerxía eléctrica, co mantemento de canteiros e tamén unha partida para infraestruturas, para necesidades que teñen os viais da nosa provincia. E tamén, para subministro de material para a imprenta por un importe de sesenta mil euros. Polo tanto, como estes traballos son necesarios, facelos canto antes, pois pedimos a votación dos grupos para aprobar este expediente de modificación de crédito dese importe dun millón cento sesenta mil euros. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Como xa o portavoz do PP lle deu a benvida tres veces, pois xa, supoño que sería polos tres grupos, nós tamén lla damos, pero xa non a alargamos ¿vale?. Estamos cunha modificación de crédito por un importe dun millón cento sesenta e sete mil euros, ¿non?, ben, eu, nós temos por norma que non somos os responsables da política económica da Deputación, nin participamos, nin digamos, estamos de acordo coa xestión en xeral que se está a facer, pero xa na pasada modificación e mesmo nesta xa apareceu, digamos, un factor, unha situación nova na que o Estado, a normativa que saca, pretende que os remanentes líquidos de Tesourería, ou sexa, o que a Deputación ou o Concello ten en carteira, ou sexa, xa os ten, pois en vez de gastalos en atender as necesidades dos veciños e veciñas, pois, chegado un certo límite, que esta Deputación teno superado xa de largo, pois, tería que dedicar eses cartos a amortizar créditos, ou sexa, a devolverlle ó banco os cartos que ten prestados, vamos, en moi boas condicións, que hoxe non se conseguirían, ou sexa, para entendernos, é dicir, os créditos que ten a Deputación deben estar ó 0,6 ou 0,7% e nestes momentos, se os pedira, pois estarían ó 5. Bueno, pois devolver eses cartos nos que os bancos, en principio, están perdendo e non gañando cartos, devolverllos en vez de prestar servizos, no pasado Pleno, xa o dixemos, cando veu a modificación, que nós agradecemos que conte coa nosa colaboración, o grupo de goberno, se é que é para prestar servizos e non para, … ós bancos, nin, digamos, seguir a raxatabla as instrucións da Unión Europea e do Goberno central. Pola contra, con estas modificacións de crédito, o grupo de goberno ou o Presidente ou o seu equipo estanse declarando insumisos, claramente, ou están mostrando resistencia non cumprindo esas directrices e esas normas legais, lesivas e absolutamente disparatadas. Ben, co cal, digamos, que nos parece máis importante este feito que a propia xestión, e nos detalles, na Deputación, do que vai no, vamos, nas partidas que van, na modificación de crédito, a máis relevante, a máis chocante e que nós temos, digamos, bastantes veces, mostrado a nosa disconformidade coa maneira de usala, tanto a cantidade como a maneira de usala, é a dedicada a chapapote, que lle chamamos vulgarmente de chapapote ou reparación, mantemento e conservación de infraestruturas e bens naturais. Neste caso, tamén hai circunstancias diferentes, primeiro, en principio é para a rede provincial, non é para andar por aí en pistas de calquera tipo e condicións sen ningún criterio; en segundo lugar, todos sabemos que, se, xa houbo algún ano máis, pero bueno, se houbo algún ano no que as circunstancias meteorolóxicas foron terriblemente adversas para os pavimentos, para os asfaltos, neste caso, pois foi este ano 2012-2013, non temos máis que ver que, practicamente, estradas de calquera titularidade que, loxicamente, teñen unha vida media de dez, doce anos, os asfaltos, pois, igual tendo tres ou catro, co que caeu nesta última temporada, pois están absolutamente deterioradas, polo tanto, si é lóxico que haxa ese aumento, non foi así en moitisimas outras veces, pero neste caso si o é. Polo tanto, en consonancia co que dixemos e co que fixemos no último Pleno, vamos a votar a favor, pero vamos a votar a favor, fundamentalmente, porque compartimos que debe haber unha insumisión, saltarse, bordear, como se queira dicir, unhas normas tan absolutamente disparatadas como que unha institución que ten os cartos, vamos, os ten, que os ten nas contas, non poida gastalos cando non está creando déficit nin está creando absolutamente nada. Polo tanto, pois sempre que vaian nesta dirección saben que van contar co noso apoio e neste caso pois tamén. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias polo apoio e tamén por esa explicación. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Bos días. Gracias Presidente. En primeiro lugar, e en nome do Grupo Provincial Socialista, tamén os nosos parabéns para os tres novos deputados que no día de hoxe tomaron posesión. E, en canto ó expediente que nos trae hoxe aquí o goberno da Deputación, é o terceiro expediente de modificación de crédito, xa vamos en torno ós 20 millóns de modificacións de créditos no que vai deste ano 2013, estamos en setembro, non sei se seguirá habendo aínda máis modificacións de crédito, e en todo caso, o que pon de manifesto esta modificación de crédito é a imprevisión, que nós vimos denunciando presuposto tras presuposto, cando se presenta nesta Deputación, imprevisión absoluta, porque senón, non se entende que a primeira das transferencias, que é de douscentos mil euros, ¿como non estaba previsto nos presupostos deste ano 2013?, ¿por que non se preveu neses presupostos?, e xa non digo do proxecto Aquelando, un proxecto da Unión Europea que se hai que dotar do 20% de cofinanciamento, como é posible que non estivera ese 20% do cofinanciamento, ¿por que ten que ser agora nunha modificación de crédito?, e ademais o poñen vostedes neste propio informe que nos trasladan, din, cofinanciamento do 20% por ampliación proxecto con remanentes, ben, ¿por que non estaba previsto?. E dende logo, outra cantidade, a máis importante, 650.000 euros, para conservación de infraestruturas da rede provincial, da rede viaria provincial, pois que menos, porque algunhas están en bastante estado lamentable, un estado bastante lamentable, polo tanto, iso xa tamén se tiña que ter previsto, é dicir, ¿por que non se fixo nos presupostos do 2013?, e senón houbera estes remanentes, ¿que pasaría?, deixaría do Aquelando, de ter ese 20% de financiamento, deixaríase de atender estas, o arranxo destas infraestruturas viarias, ¿non habería para a Asociación de dano cerebral, Alento, os 200.000 euros?, e tamén, e tamén, á parte desa imprevisión, a falta de xestión do presuposto 2012, porque o que estean estes remanentes aquí é porque se deixou de cumprir o presuposto previsto para 2012, partidas que figuraban no presuposto do 2012 que non foron executadas. Polo tanto, reiteramos, unha falta de previsión total, seguimos dicindo que a demostración de que os presupostos son uns presupostos só de cara á galería, son estas modificacións de crédito, esta é a terceira modificación de crédito, e, polo tanto, cremos que isto impide, tamén, no inicio de cada exercicio, que os cidadáns poidan ver cal é a política dos presupostos desta Deputación, porque despois son cambiados con modificacións de crédito sucesivas. Nós, no fondo da cuestión, a quen van dirixidos e para que van dirixidos estes importes estamos de acordo, co que non estamos de acordo é que se veña facendo por esta modificación de créditos. Nós entendemos que isto tiña que estar xa contemplado nos presupostos que se presentaron para 2013, e insistimos que non é forma de gobernar. Polo tanto, o noso grupo vaise abster neste punto 4, no expediente de modificación de créditos nº 3/2013. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, agradecerlle ó Sr. Mosquera que xa na segunda modificación de crédito volvan vostedes a apoiarnos, quere dicir que a política que estamos a facer, económica, lles está a convencer, e iso, bueno, pois é un sinal, non sei se bo ou malo, pero é un sinal, un sinal distinto. Con respecto ó que plantexa o Sr. Santos Héctor, Sr. Santos Héctor, eu creo que lle pasaron mal a documentación ou vostede a interpretou mal, o digo co máximo respecto, porque claro, se vostede me di que é falta de planificación o programa Aquelando, pois mire, non é unha falta de planificación, é que debido a que houbo uns excedentes dos fondos europeos no Ministerio e na Comisión, destinado a estes temas, se plantexou a posibilidade de que aqueles proxectos que funcionaron ben, que tiveron éxito, que tiveron unha boa traxectoria, pois, premialos dándolle unha cantidade de diñeiro a maiores. ¿E que nos pedían para que se completase esta axuda?, pois unha achega do 20% da Deputación de Pontevedra. E nós entendemos, entendemos que se nos dan 440.000 euros e temos que pór o 20%, que son 110.000, pois nos parecía que era unha magnífica xestión, como todos os proxectos europeos, que a min me gustaría trasladarlle ó Presidente un día, falar dos proxectos europeos desta casa, que eu creo que somos vangardistas e pioneiros a nivel, non galego senón nacional, de xestión, de cantidade de proxectos dunhas contías importantes, que seguramente moitos se sorprenderían das cantidades de proxectos que se levan xestionando dende que o Sr. Louzán é Presidente desta casa. Polo tanto, creo que, home, non están os tempos como para perder 450.000 euros, nós temos posibilidades, temos unha situación económica máis ou menos folgada, dentro desta casa, dentro da situación que todos vivimos, e nos parece que isto é razoable. E con respecto ó proxecto de Alento, seguramente, isto ó mellor xa non o tiña que facer a Deputación, igual tiñan que preocuparse outras institucións, pero, en calquera caso, foi unha petición recente, dunha visita que fixo o Presidente, que o invitaron e que se plantexou a posibilidade de que tiñan unha situación económica difícil, hai que ir alí, velo, é dicir, unha inversión importante, que estamos falando dunha inversión de catro millóns que xestionaron este colectivo ó longo dos últimos anos e o Presidente entendeu, entendeu que era unha petición razoable, necesaria e prioritaria, e por iso se plantexou, e lle volvo a repetir que foi recentemente esa visita. E con respecto a que as modificacións de crédito, home, mire, eu creo que as modificacións de crédito que estamos levando a cabo teñen un contido moi importante, a primeira foi para unha partida para máis de nove millóns de euros de amortización de débeda e a maiores un plan de emprego de seis millóns, sete millóns de euros, que agora van a significar no total do ano 2013, que claro, vostede se lle enche sempre a boca falar de progresismo, de incremento de partidas sociais, pero mire, esta casa, e cando queira o debatemos, vai a ter 20 millóns de euros de execución no ano 2013, para plans de emprego, e vai a dar cobertura aproximadamente a máis de, cerca de 4.000 persoas, e iso non o ten ningunha outra institución, é unha aposta clara polas políticas sociais, e a mellor política social agora mesmo é intentar que as persoas, homes e mulleres, poidan ter un emprego digno. E iso é o que está a facer esta casa, ¿a vostede non lle gusta iso?, porque claro, o discurso de vostedes, cando saen de aquí, ante os medios de comunicación, pois non, mire, esta casa, volvo a repetirlle, é unha das institucións a nivel nacional que máis diñeiro están destinando a plans de emprego, 20 millóns de euros durante o ano 2013. E esa foi a modificación anterior, que para iso se fixo amortización de débeda e para iso temos no horizonte que esta casa, con criterios, cada un ten os seus, políticos e económicos, de que esta casa teñamos austeridade para ter rigor presupostario e para intentar que nos próximos anos a débeda poida ser cero, para non ter que acudir a préstamos, que é o que estamos a facer xa durante os últimos tres, catro anos. Polo tanto, eu creo que tamén hai que valorar esas políticas, porque vostedes falan que se o noso grupo só fai recortes, non, non, aquí hai un incremento clarísimo, un incremento que ningunha outra institución, e senón dígame unha, que lle dedica, desta, similar á nosa, que lle dedica, ou concellos que lle dediquen 20 millóns de euros a plans de emprego durante un ano, e iso está aí, é dicir, poden vostedes comprobalo, non é unha cuestión de discurso, é de realidade, de obxectividade, e eu creo que nesa liña estamos e por iso estas partidas que levamos hoxe aquí, prioritariamente a de 200.000 euros e tamén a do Aquelando, son imprescindibles e necesarias. E con respecto ós viais, pois mire, hai que seguir manténdoos porque, evidentemente, senón se manteñen, despois o custe é maior. Polo tanto, creo que as modificacións de crédito que levamos a cabo están todas, non só con planificación senón perfectamente xustificadas e sobre todo eu me quedo, que para que poidamos destinar 20 millóns de euros temos que facer outro tipo de políticas como amortizar débeda, como intentar ser austeros no gasto, ter rigor presupostario, e iso é o que estamos a facer e que vimos demostrando durante os últimos anos. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Máis?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Home, o portavoz do PP podía falar menos porque senón case nos entran certas gañas de cambiar o voto. Non, mire, non, nós non avalamos a política económica desta casa, nunca tal cousa, nunca, como é lóxico, porque cada quen ten o seu proxecto político e a súa maneira de funcionar e, obviamente, nós faríamos cousas bastante diferentes e faríamos un orzamento bastante diferente e demais. O que induce, o que nos leva a votar a favor é algo do que vostedes vergonzantemente están escapando, xa no pasado debate xa o fixeron, vostedes estanse saltando intencionadamente e claramente unhas, a lei de estabilidade do 2010, quizá, ¿non?, modificada posteriormente, coas normas que a desenvolven, estana saltando, porque teñen unha sensibilidade, á parte de que a xestión na compartamos, unha sensibilidade con respecto ó que debe facer unha institución, que parece que, o Sr. Montoro, o Sr. Rajoy ou a Unión Europea, non teñen, non teñen, e por iso lle votamos a favor. Vostedes escapan diso, non queren dicir, publicamente, dicir, en Madrid ou en Bruselas din misa pero nós repinicamos, que digan o que lle dea a gana, no queren dicir e estano facendo, estano facendo, vale, están sendo insumisos, ou sexa, están facendo algo parecido ó que fixeron varios concellos coa paga extra ou cousas dese tipo. Están facendo algo dese tipo, bueno, e nos parece ben que o fagan, e nos parece significativo, moi significativo e moi importante, preferimos que este, bueno, que os outros 31 millóns que viñeron a vez pasada e con este 1.167.000 vaian para prestar servizos ou facer contratos ou o que sexa dentro da, para os veciños e veciñas da provincia a que, aínda que non sexa exactamente o que nós faríamos, obviamente, que o adiquen a iso, a que o adiquen a, vamos, a rexenerar as falcatruadas que fixeron os bancos devolvéndolle os cartos, por iso votamos a favor, a ver se lle queda claro, a ver se lle queda claro. Se vostede interpreta que avalamos a súa política económica, entón, por iso igual teríamos que cambiar o voto. Non o vamos a facer, non o vamos a facer porque non estamos avalando a súa política, o que estamos avalando é a súa decisión de saltarse unhas normas absurdas, lesivas para os veciños e veciñas, cando unha institución ten uns cartos que os poida gastar en prestar servizos, que boas necesidades hai e moitos sitios hai onde metelo, por iso votamos a favor. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, está moi ben que o Sr. Figueroa nos recorde o que se adica por parte da Deputación a fomento do emprego, xa llo dixemos no seu momento, benvidos ás políticas keinesianas que vostedes tanto criticaron, de contratación directa de empregos e tamén de obras, que as criticaron moito tempo e agora ben, o están a practicar, benvidos a esas políticas keinesianas. De todas maneiras no Plan de emprego a verdade é que sigue habendo concellos que se quedan fóra do Plan de emprego, como é o de Pontevedra e como é o de Vigo, parece que os desempregados e desempregadas desa cidade non pagan os seus impostos á Deputación de Pontevedra. E miren, eu insisto, o noso grupo insiste, é dicir, son remanentes dun presuposto que quedou sen executar no ano 2012, é dicir, vostedes fixeron as previsións e desas previsións vostedes non as cumpriron por iso quedan estes remanentes para agora. Pero, é máis, é máis, neses presupostos de 2012, pero tamén nos do 2013, figuran 2 millóns de euros para continxencias, 2 millóns de euros para continxencias, pois como a do Aquelando, é dicir, hai un remanente, se reparte en todos aqueles proxectos que se están desenrolando ó Fondo social europeo e hai que poñer ese 20%, para iso son eses 2 millóns, para esas continxencias, senón, ¿en que se gastan eses 2 millóns?, ¿onde van eses 2 millóns de continxencias?. E por outra parte, por outra parte, seguimos insistindo, seguimos insistindo que hai unha falta absoluta de previsión. E, miren, as distintas asociacións ou colectivos o que teñen que facer é invitar ó Presidente da Deputación, que vaia alí ó seu local, que acorden os miles de euros que lle teñen que dar, por fóra do presuposto, porque non creo que aquí fora unha emerxencia por fóra do presuposto e xa non facemos presupostos na Deputación, xa o vai acordando ó longo do ano o Presidente e se deixa todo nunha partida e o Presidente pois xa vai. E eu creo que non é unha resposta, Sr. Figueroa, de que o Presidente foi a visitalos, lle trasladaron de que tiñan esa necesidade e o Presidente pois os atende. Son 200.000 euros que non son 1.000 euros, eu creo que isto tiña que ter unha previsión e en todo caso estaría moi ben que se contemplara nos presupostos de 2014, é dicir, que atendendo iso, que todos os cidadáns que todos os colectivos, que todas as asociacións, puideran ver a quen lle adican diñeiro e a quen non, é dicir, xa non vamos a falar de concorrencia competitiva, pero si polo menos que non sexa porque fan a visita ou non, creo que ese non é bo criterio. En todo caso, nós reiteramos que estamos de acordo co fondo, é dicir, estamos de acordo con que Alento, con que o proxecto Aquelando, en fin, o que se detalla en todos estes, estamos de acordo nese fondo, pero dende logo, seguimos insistindo, non estamos de acordo na forma destas modificacións de crédito, polo tanto, nos vamos abster. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sr. Figueroa, finalmente xa para proceder á súa votación. Sr. Figueroa Vila.- Si, moi breve. É dicir, mire, con respecto ó que di vostede de Vigo é totalmente falso, eu creo que vostede non segue a execución diaria desta Deputación, porque se enteraría hoxe a través dos medios de comunicación que Vigo lle, hai unha petición das empresas para estes posibles empregos que se poidan dar, de case 200 empresas, polo tanto, Vigo non está excluído do último Plan de emprego da Deputación, é dicir, é que non se enteran, o problema que teñen é que non se enteran, eu creo que, eu creo, sinceramente, sinceramente, que teñen que informarse un pouco máis, ou ós seus asesores que lle pasen a información ben, porque, claro, cando onte se acaban de dar os datos, hoxe aparece en todos os medios de comunicación e resulta que en Vigo se van a destinar a 200 empresas traballadores, pois, polo tanto son 200 empresas, creo que vostedes non o fixeron así, pero bueno, iso, non quero entrar nese debate, algún día xa entraremos no debate final de cómo son eses empregos de cada un de nós. Dende logo, aí está e polo tanto é rotundamente falso e lle quero trasladar a todos os veciños e veciñas o discurso que fai vostede, de que se discrimina a Vigo, non se discrimina a Vigo, 200 empresas de Vigo optan á posibilidade de que teñan empregos con persoas tituladas. Polo tanto, iso está aí e creo que, vou a reflectilo tamén ós medios de comunicación, porque claro, ás veces os discursos, parece que aquí hai unha cuestión contra unha cidade, non, mire, de catrocentas e pico 200 son de Vigo, case o 50%, senón é máis do 50%, que xa lle daremos os datos cando corresponda. E por suposto que o Presidente vai seguir visitando institucións, é dicir, os presupostos sabe como se fan, se fan na rúa, se fan visitando, se fan atendendo ás peticións, se fan escoitando ós colectivos e despois, evidentemente, en base ás propostas e ás demandas que se teñen enriba da mesa se prioriza, porque claro, vostede sabe, igual que os que estamos aquí, que é imposible atender todas as demandas, se prioriza, e esta é unha demanda que é necesaria porque senón podían pechar, pechar o centro, un centro que abriu hai uns meses podían pechar por falta de, por unha situación económica que, evidentemente, os tiña contra as cordas. Polo tanto, tamén as modificacións de créditos están especialmente para estes temas excepcionais, polo tanto, nada que dicir senón todo o contrario. Eu animarlle ó Presidente a que visite todas, é dicir, como está facendo e como é a política que el leva a cabo, visita, estar na rúa e, evidentemente, despois executar, e iso creo que é, é unha cualidade que ten e polo tanto que sega así que lle vai bastante ben, tanto a el como xestor a nivel individual como á institución que é a Deputación de Pontevedra. Polo tanto, bueno, vamos a poñer a aprobación esta modificación porque creo que o debate xa está totalmente esgotado. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Polo tanto, procedemos á votación deste expediente nº 3 de Modificación de créditos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 19 de setembro de 2013, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 3/2013 da Deputación de Pontevedra (que integra o expediente de suplemento de crédito “SUP.03/13”) dentro do vixente orzamento provincial, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que o informe de Intervención de data 19 de setembro de 2013 reflicte que estes expedientes cumpren cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que a súa tramitación respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do orzamento 2013, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 3/2013 da Deputación de Pontevedra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: Primeiro: Aprobar o expediente de modificación de créditos número 3/2013 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de suplemento de crédito “SUP.03/13”) co seguinte detalle: Suplementos de Crédito “SUP. 03/13”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 232-231-789,00 TRANSFERENCIAS A FAMILIAS E INST. SEN FINS DE LUCRO (Asociación de Dano Cerebral de Vigo "ASOC. ALENTO", para desenvolver o proxecto "Centro de Día-Residencia"). 200.000,00 € 232-242-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS -PROX. AQUELANDO 3. (Cofinanciamento do 20%, por ampliación proxecto con remanentes do Fondo Social Europeo período de intervención 2007-2013) 110.201,00 € 330-334-658,02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (CULTURA) 85.000,00 € 324-323-212,00 REPARACIÓNS, MANT. E CONSERVACIÓN DE EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (CANTEIROS) 10.000,00 € 324-323-221,00 SUBMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA (CANTEIROS) 1.000,00 € 324-323-221,15 SUBMINISTROS DE MATERIAL TÉCNICO ESPECIAL (CANTEIROS) 1.000,00 € 324-323-223,00 TRANSPORTES (CANTEIROS) 5.000,00 € 324-323-227,07 TRABALLOS REALIZADOS POR OUTRAS EMPRESAS - SERVIZOS (CANTEIROS) 45.000,00 € 456-453-210,00 REPARACIÓNS, MANT. E CONSERVACIÓN DE INFRAESTRUTURAS E BENS NATURAIS -REDE PROVINCIAL (INFRAESTRUTURAS) 650.000,00 € 924-924-221,15 SUBMINISTROS DE MATERIAL TÉCNICO ESPECIAL (IMPRENTA PROVINCIAL) 60.000,00 € Total Suplementos de Créditos... 1.167.201,00 € Financiamento do expediente de Suplemento de Créditos 03/2013: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito (SUP. 03/12) 1.167.201,00 € TOTAL... 1.167.201,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais. Contabilizándose as seguintes operacións: Resume das modificacións por capítulos: Capítulo 1º Gastos de persoal 0,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 882.201,00 € Capítulo 3º Gastos financeiros 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 0,00 € Capítulo 6º Investimentos reais 85.000,00 € Capítulo 7º Transferencia de capital 200.000,00 € Capítulo 8º Activos financeiros 0,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 0,00 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS 1.167.201,00 € Segundo: o expediente de modificación de créditos número 3/2013 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de suplemento de crédito “SUP.03/13”) será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.6394.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE EN RELACIÓN CO PLAN DE DINAMIZACIÓN DO AEROPORTO DE PEINADOR Sr. Presidente.- Punto número 5. Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE en relación co Plan de dinamización do Aeroporto de Peinador. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Bos días de novo. O Grupo Provincial Socialista traemos a este Pleno unha moción que cremos que é de importancia para esta provincia, que é, que ante a situación que se atopa o aeroporto de Peinador entendemos que a actual coordinación de aeroportos que se está a propoñer vai lenta e aquí o que se debe é actuar xa de forma inmediata para sacar deste atolladero ó noso aeroporto, o aeroporto da provincia de Pontevedra. Vemos que dende o propio Ministerio de Fomento se recoñece de que coas axudas que recibe a través do concello da Coruña o aeroporto de Alvedro e as que recibe da Xunta de Galicia o aeroporto de Lavacolla, teñen ó aeroporto de Peinador nunha clara situación de desvantaxe competitiva fronte a eses dous aeroportos, o que fai que se distorsione a competencia do propio mercado galego. Dende o concello de Vigo ante esta situación impulsouse un plan de dinamización do aeroporto de Peinador, para paliar estas consecuencias de perda continuada de pasaxeiros e tamén de voos para atallalo dun xeito urxente sen esperar a unha planificación máis a longo prazo, prometida pola propia Aena. Vemos, tamén, como os propios empresarios, a confederación de empresarios de Pontevedra vén a enviar a todos os alcaldes da provincia de Pontevedra unha carta onde fan e resaltan a necesidade de recuperar algunhas das conexións con Madrid, pero tamén conexións co resto de España e conexións internacionais. Nestes días, estase a presentar unha das feiras máis importantes que se celebran na nosa provincia, me refiro a Conxemar, e vemos como os organizadores teñen que fletar autobuses a Oporto e fletar autobuses a Lavacolla, para recoller alí neses aeroportos ós participantes nesta importantísima feira. Por iso é moi urxente, nós dende o Grupo Provincial Socialista entendemos que é moi urxente poñer en marcha todas as medidas que garantan a conexión da cidade de Vigo con máis destinos nacionais e con máis destinos internacionais. Nestes intres hai varios compromisos adquiridos con varias compañías aéreas, para que nos próximos tres anos se poida dinamizar este aeroporto. Hoxe mesmo, vemos que vén nos propios medios de comunicación, nos trasladan que o voo de Tenerife, que unha compañía que está subvencionada en Lavacolla o levou para Lavacolla, Iberia Express o retoma aquí en Vigo. Polo tanto, si que hai mercado, incluso sen subvención, si que hai mercado, si que hai pasaxeiros dende o noso aeroporto. Pois está claro que mentres existan axudas no aeroporto de Lavacolla e no aeroporto de Alvedro, o aeroporto de Peinador tamén necesita axudas para saír adiante, polo menos nas mesmas, coas mesmas regras de xogo que teñen os outros dous aeroportos. E aquí, e aquí, o que nós vimos a plantexar hoxe é de que tamén a Deputación de Pontevedra, e repito, a Deputación de Pontevedra, non doutra provincia, que onde está radicado o aeroporto de Peinador é nesta provincia, que sexa, que colabore tamén co aeroporto de Peinador. Porque miren, o papel de Peinador é estratéxico no presente e no futuro económico desta provincia e o traslada a sociedade, o trasladan todos os días os empresarios, individualmente ou a través da Confederación de empresarios e iso require un esforzo por parte de todos, é importantísimo para a economía e o emprego desta provincia, importantísimo, e ademais hoxe reclamamos aquí, no Pleno da Deputación de Pontevedra, para que se sume a Deputación de Pontevedra a este Plan de dinamización e tamén que colabore a Deputación de Pontevedra economicamente con este Plan de dinamización do aeroporto de Peinador, cun millón de euros, que colabore cun millón de euros anual. E cartos hai, cartos hai, porque levamos tres modificacións de crédito e vemos que cartos hai na Deputación, polo tanto, se lles interesa o emprego, se lles interesa a economía desta provincia é necesario que hoxe aquí se comprometan, se comprometan co aeroporto de Peinador, co aeroporto da provincia de Pontevedra. Vemos que a situación actual, dende que empezaron a haber axudas, vemos que vai a menos, vai a menos, menos voos, menos destinos, e todo dende que empezou a competencia desleal con subvencións dende Alvedro e dende Lavacolla, así unha tras outra. E, polo tanto, reiteramos dende o Grupo Provincial Socialista a nosa petición de que a Deputación de Pontevedra, en tanto e canto as regras de xogo segan sendo de que hai subvencións en Alvedro, de que hai subvencións en Lavacolla, en Santiago de Compostela, nos dous aeroportos da provincia da Coruña, en tanto e canto hai subvencións, que tamén haxa subvencións e axudas ó aeroporto de Peinador para poder competir en igualdade de condicións, e para iso é necesario que a Deputación de Pontevedra se comprometa coa economía e co emprego desta provincia, cun millón de euros, e é o que reclamamos dende o Grupo Provincial Socialista. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sr. Mosquera, ¿ten algo que dicir?, ¿non quere opinar?. Bueno, pois o Sr. Figueroa vai opinar, pero, antes eu quixera dicir unha serie de cousas, que debeuse olvidar o Portavoz Socialista de dicir, que se nós durante uns días aí, dende hai dez días ou así, puxo en marcha unha cortina de fume dicindo que se nós non queriamos debater isto, etc., vostede sabe como son as regras de aquí, se levou á Comisión Informativa e tal, eu creo que demagoxicamente están utilizando este tema porque non deben de ter outras ocupacións que os cidadáns lles esixen en Vigo e a vostede no que se refire a aquí tamén, ¿non?, porque nós en ningún momento escatimamos ou escapamos de debater esta moción. Eu sei que vostede saíu de aquí o outro día e xa dixo, non, é que non queren debater, iso é propaganda barata, nós imos a debater o que faga falta e polo tanto, nese sentido, non hai ningún problema. E ademais teño que recordarlle que, de momento, vostede, o seu partido, Caballero, “in company”, non fixeron nada polo aeroporto provincial de Peinador, nada, cero. Creo que dende que vostedes están alí baixaron o número de pasaxeiros, sen dúbida, pero non lle vou dicir que baixaron por culpa súa, baixaron tamén, que vostedes nos están dicindo aí, porque a crise económica, todo o mundo que podía antes viaxar ó mellor agora non pode, ¿ou é que vostede vive lonxe da realidade?, vostede e máis Caballero deben vivir lonxe da realidade. ¡Aí!, ¿non baixaron os pasaxeiros?, non baixaron os pasaxeiros en Alvedro e máis en Lavacolla entón?, ¿alí non baixaron?. Pero vamos a ver, pero sexan, ¿a quen queren enganar?, sexan minimamente coherentes, montaron unha manifestación, oe, todos eses cartos que gastaron en facer unha campaña de, para facer unha manifestación para ir todos os socialistas alí a xuntarse na praza non sei que de Vigo, ¿por que non o gastaron en buscar promocións fóra para que dalgunha maneira a xente puidera viaxar fóra?. Pero é que o de vostedes é unha demagoxia permanente, que queren desviar a atención hacia a súa inútil, inútil xestión no concello de Vigo. ¿Non se dan conta que iso é pan para hoxe e fame para mañá? E ademais, se estarán preguntando moitos cidadáns, oe, eu quero traballo, eu quero buscar solucións ó meu problema, eu non teño necesidade de voar, non teño necesidade ó mellor de voar, porque así aí voan unha serie de persoas pero hai outras que teñen outros problemas, hai outras que teñen outros problemas. Polo tanto, vamos, é que dicir que Caballero agora sae a defender o aeroporto de Vigo, ¿pero dende cando?, ¿que fixo el?, ¿que fixo el dende que é alcalde de Vigo polo aeroporto de Vigo?, pagar non sei cantos millóns de euros por un voo que nos custaba a Londres non sei canto e que se incrementou non sei cantos miles de euros. Pero, ¿que fixo?, ¿que fixo?, o que pasa é que este debate, por iso eu o reto a vostede, e a el tamén, e a quen queira, pero un debate público, facemos un debate público onde queiran, e volvo a reiterarllo aquí, porque claro, é moi fácil coller ós medios de comunicación e fala o Sr. Caballero, e como nadie lle contesta, evidentemente, non, pero eu quero un debate, facemos un debate público, onde queira, no sitio, onde queira, con el, con vostede e con tal, está o portavoz de Vigo que calquera dos dous estamos en disposición plena de facelo onde queira, pero diante, evidentemente, eu pídolle respecto porque cando vostedes falaron eu mantiven o respecto, polo tanto, eu lle digo, ós que están aí nesa bancada, que o mesmo respecto que tiven por vostedes o teñan vostedes polos demais cando falan. E lle digo, que cando queira, onde queira, facemos un debate aberto sobre esta cuestión e sobre máis, pero sen, non, senón poñémoslle o altavoz todos os días, enfrontándose e insultando a todo o mundo, así é algo moi fácil de facer, é unha cuestión baladí, que non saben se ademais os cidadáns esa é a resposta que queren escoitar ou non. Da outra maneira facémolo público e abrimos o debate, e xa digo, e non comente tonterías de que nós non queremos debater aquí, si xa lle dixen o outro día, cando queira, e ademais é o Pleno ordinario, que ten que pasar pola Comisión Informativa, e entón, vostede o outro día foi ós medios de comunicación, non, é que non queren, mandaron un comunicado, “non queren debater”, ¿que non queremos home?, onde queiran, as 24 horas do día, vostede e máis el, os dous xuntos ou se queren vir en compañía tamén, non hai ningún problema. Home, por favor, o que pasa é que, mire, o tempo do PSOE, de enganar ós cidadáns, xa foi hai moito tempo, agora vivimos, porque xa os cidadáns viviron enganados ou os enganaron vostedes durante moitisimos anos. Caballero procede, precisamente, desa escolma, onde facían ese tipo de manobras, pero aquí os cidadáns xa son suficientemente intelixentes e saben o que hai, nós estamos dispostos a axudar o que faga falta, con tal, evidentemente, de revitalizar o aeroporto de Vigo ou o que sexa necesario na provincia de Pontevedra, pero con iso que están facendo agora, Caballero e vostede, volveremos a lamentarnos durante moitos anos de novo. Galicia, 3 aeroportos, Galicia, 7 recintos feirais, Galicia, 7 campus, e claro, para comprar a demagoxia esa, volveremos outra vez ás andadas, por ter neste caso cuestións como as que Caballero pon en marcha, erros deses, que se cometeron en Galicia, seguimos, porque intentamos facer populismo barato, como o de Venezuela e de Cuba, parecido ó que se fai en Vigo, iso é o que queren facer vostedes. Andamos en localismos aquí que somos catro e ó final o que estamos é beneficiando ó aeroporto de Oporto, iso é o único que estamos facendo, beneficiando claramente ó aeroporto de Oporto, con este tipo de tonterías, tonterías que non conducen a ningún lugar ademais. Pero bueno, como esa é a irresponsabilidade que teñen algúns, que neste caso, como alcalde, por que o elixiron, neste caso como alcalde, non polos votos senón por outras circunstancias, pois hai que dicirlle que o mínimo que tiña que facer para iso era, polo menos, falar con quen tiña que falar, que son os alcaldes da súa área, co Presidente da Deputación, e non insultando permanentemente, falar cos alcaldes, co Presidente da Deputación, co Presidente da Xunta e con quen fose, ¿con quen se reuniu este señor á parte de con nadie?, e vivir permanente enfrontado con todo o mundo. ¿Con quen se reuniu?, con nadie, con nadie porque vive enfrontado permanentemente a todos, do cal culpo, evidentemente, a vostede porque conforma o grupo con el. Temos unha Ministra de Fomento que está, en principio, na mellor disposición, ata incluso el creo que o recoñece, na mellor disposición para falar disto, que é galega, de Pontevedra, para poder falar desta cuestión. Pois, podemos falar cando se queira, pero como el quere intentar a ver se sacamos tallada política deste asunto, porque doutro non pode sacar e entón vamos a ver se sacamos un rédito, un puñadiño de votos, facendo localismo absurdo, que despois cando el non estea nos daremos conta do erro que cometemos, evidentemente, Santiago con Vigo, e Vigo con Santiago, ese é un erro que pagaremos os cidadáns de Galicia durante moitos anos, por culpa de estar con estas tonterías de Caballero “in company”. Porque ó final vivimos aquí, nun pañuelo, unha serie de persoas que o mínimo que temos que facer é levarnos razoablemente ben e defender os intereses comúns, non, entón, por salvar agora, vamos a intentar salvar, pois neste caso ó aeroporto de Vigo e hai que cerrar, neste caso o aeroporto de Santiago, que, por certo, o aeroporto de Santiago, que o seu compañeiro Ministro deixou unha terminal perfectamente operando e suficiente para Santiago, construíu unha nova e a nova que construíu só se usa a metade. O seu Partido socialista fixo iso, igual que en Vigo, fixo un aparcamento cinco veces superior ou igual que o de Santiago a necesidade do que había do que era necesario. E, diso non falan, diso non falan, que ó final vamos ter que pagalo todos os cidadáns, non falan desas aberracións que se cometeron. É que hai que ser minimamente responsable, e polo tanto, se cometeron erros, recoñecelos, que non pasa absolutamente nada, porque os cidadáns dicíndolle a verdade, oe, pois mira “nos hemos equivocado nisto”, “nos hemos equivocado”. Pero, aí está, un aeroporto en Santiago cunha terminal cerrada, que non se sabe o que se vai facer con ela, a nova que se construíu só se ocupa a metade, a metade desa terminal. ¿Vostede cre que iso é normal?, e en Vigo, facendo a construción que se fixo aquí. ¿En que cabeza cabe?, ¿en que cabeza cabe?, o que pasa é que andamos facendo localismo absurdo e barato que despois cando el non estea, nos lamentaremos de cando non estea este señor, neste caso preguntándonos a que veu a contribuír este señor, precisamente, a enfrontarse a todos e a todo o mundo e Vigo perdendo oportunidades, claro, con el perden oportunidades. Vigo, neste caso, agora mesmo, as compañías aéreas teñen de aliado económico ó Sr. Caballero, cada vez que Caballero fala soben os prezos dos billetes en Vigo, iso é o único que saben os cidadáns, porque, non sei cantas compañías xa se marcharon de alí, e pola conta que fixemos nós, pois fixemos que dende o ano 2006 había 8 frecuencias con Madrid, diarias, dende o ano 2006, iso foi o que fixemos nós. Polo tanto, a nós, a esta Institución nadie nos vai dar leccións nese sentido, nadie, e polo tanto, cando o Sr. Caballero faga algo nese sentido falaremos, pero mentres, non fixo nada, máis que unha manifestación alí, que foron, exactamente, uns cantos socialistas, que se xuntaron para aplaudirlle a Caballero, para mellor honra, el pensaba que xa ían a ir trescentos cincuenta mil, que o dixo daquela vez, trescentos cincuenta mil que non collían nas calles de Vigo. Porque el vai por miles, non é unha cousa, entón como é elocuente e grandioso pois ese día só xuntou a 3.000 ou 4.000 ou 5.000 habitantes alí, socialistas todos eles, que lle foron a aplaudir, non foron os socialistas que están enfrontados, que eses ese día tiñan outra ocupación. Pero bueno, esta é a realidade, e eu o que lle invito a vostede, é a que se ocupen dos problemas de verdade, de que dalgunha maneira se queren dialogar estamos abertos, e este tema, en concreto, estamos dispostos a ir a onde faga falta, a onde nos citen, onde queiran, nun espazo público, con datos enriba da mesa e dicir, oe, ¿que é o que vamos a facer?, ¿que é o que propón vostede?, ¿que é o que propón a outra parte?, e a partir de aí falamos, e mentres, nos deixamos de andar a perder o tempo e de facer demagoxia, que esta política era política, non do século pasado, do anterior, así nos vai, neste caso, con Caballero en Vigo, como países como Venezuela e algún outro por aí, populismo barato que non conduce a nada. Sr. Figueroa. Non, o Sr. Mosquera é alleo, di que non quere aeroporto en Pontevedra de momento. ¿Quere un aeroporto para Pontevedra vostede?. Non. Mosquera di que non, está ausente. Sr. Figueroa Vila.- Non, pero vai a falar a compañeira, a Sra. Veloso. Sr. Presidente.- Pero entón, parece que teñen medo, non queren falar, ¿entón?. Sra. Veloso. Sra. Veloso Ríos.- Si, moitas grazas. Si vou falar porque xa teño carrerilla con este tema, porque levamos tantos meses, levamos tantos meses falando da situación do aeroporto de Peinador, na cidade de Vigo, que xa teño carrerilla e non teño problema ningún en falar, por suposto. De feito nós levamos moito tempo tamén denunciando a situación do aeroporto de Peinador, porque isto da caída de pasaxeiros no aeroporto de Peinador se vén dando de maneira constante dende 2007. E, xa de aquela, o BNG fixera unha proposta para establecer un plan de coordinación entre os tres aeroportos galegos, porque tiñamos moi claro, xa de aquela, e o seguimos tendo agora, que a complementariedade dos tres aeroportos galegos é a única oportunidade que temos tanto Peinador, como Lavacolla, como Alvedro, para que realmente os tres aeroportos poidan saír da crise que están atravesando, os tres, os tres. O aeroporto do Peinador dunha maneira moito máis grave, pero había xa unha planificación, coordinada, consensuada, entre as tres cidades galegas, que se levou ó Parlamento galego, que se propuxo no Parlamento galego en 2009 e que o Partido Popular non apoiou. Xa houbo un intento dun comité de rutas que funcionase, no que estivesen presentes todos os axentes implicados, que tampouco funcionou, por responsabilidade do Partido Popular e do Partido Socialista. Porque aquí o que está claro é que estamos metidos, coma noutras cuestións, nunha lea partidista constante e o resultado vai ser que o aeroporto de Peinador entre todos o mataron e iso morreu, e esa é a realidade. E nós, realmente, é que xa nos baixamos desta lea política, é que nós, de verdade, nós seguimos mantendo a mesma postura e a estamos mantendo agora, nós pedimos a complementariedade dos tres aeroportos, que os aeroportos ademais, e o seu funcionamento, se vexa coma un servizo público e non coma un servizo que estea en mans de compañías aéreas, que estea privatizado e que non pense, que non teña como obxectivo atender á cidadanía senón dar beneficios a compañías aéreas que agora están chantaxeando ás administracións. Nós apostamos porque non haxa axudas dende ningunha administración para as compañías aéreas privadas, e, evidentemente, moito menos dende os concellos, que agora mesmo teñen que atender necesidades básicas das persoas, necesidades de comer, de comer. No caso do concello de Vigo aprobouse unha axuda para as compañías aéreas cos votos favorables do Partido Popular e do Partido Socialista, porque, efectivamente, estamos vendo que isto é simplemente unha lea partidista, pero que ninguén está poñendo solucións, dende hai moito tempo. Se falamos de que isto sexa un servizo público, temos que lembrar que xa o Ministro Blanco intentou privatizar Aena completamente e agora se segue na mesma liña, Aena acaba de comprarse un aeroporto en Londres, acaba de comprarse un aeroporto en Londres e aquí estamos falando de que se pode pechar o aeroporto de Peinador. Non se fixo nada de novo dende o Ministerio de Fomento, por moito que vostede diga que a Sra. Ana Pastor está en moi boa disposición. A Sra. Pastor estivo en Galiza no mes de xuño do ano pasado e avisou de que coa débeda que tiñan os aeroportos non podían seguir funcionando, dixo, non hai que falar de peches, pero, o aeroporto de Peinador era o que máis débeda tiña daquela, a Ministra falou dunha débeda de 10,6 millóns de euros, e dicía, é necesario e urxente elaborar un plan de negocio para os aeroportos galegos, estamos agardando por ese plan de negocio. Aquí o único negocio é o das compañías aéreas, que quitan e poñen voos a conveniencia para que logo se lles paguen dende as administracións públicas para recuperalos, para que a cidadanía teña o servizo necesario. Esta é a situación e mentres estamos dicindo unha cousa e a contraria, segundo conveña, dentro dunha discusión partidista, porque o que acaba de dicir agora, Sr. Louzán, en moitas cousas coincidimos, pero, dende logo, non guían en absoluto as decisións do Partido Popular onde teñen ademais competencias claras sobre os aeroportos, nin na Xunta de Galiza nin no Goberno do Estado, porque as competencias sobre os aeroportos son estatais e non están facendo absolutamente nada polos aeroportos galegos, e é evidente e coincidimos tamén en que esta non é unha historia que veña dende onte ou antonte, senón que vén dende hai moito máis tempo. Que, seguramente, os investimentos que se fixeron nos aeroportos galegos no mandato anterior estaban moi mal feitos, moi mal calculados, moi descompensados, tanto, tan descompensados como a proposta que fai agora o Comité de coordinación de aeroportos, como se lle chama agora, sobre as rutas que teñen que operar dende os tres aeroportos galegos, absolutamente descompensada, moi lonxe da complementariedade da que están falando. Realmente aquí nin o Partido Socialista nin o Partido Popular están facendo nada, dende hai anos, por poñer auténticas solucións enriba da mesa, e mentres, os aeroportos galegos van esmorecendo. O máis fleve, o primeiro que se leva por diante esta lea, o aeroporto de Peinador, por suposto, pero, mire, é que nós xa nos baixamos, non imos seguir discutindo con vostedes porque non ten ningún sentido, non nos leva a ningunha parte. Vostedes aprobaron unha proposición non de lei no Parlamento Galego, que presentou o Bloque Nacionalista Galego, que contén medidas reais que poden axudar a recuperar os aeroportos galegos, póñanas en marcha, póñanas en marcha, execútenas dende a Xunta de Galiza, execútenas dende o Ministerio de Fomento e dende Aena, e deixémonos xa destas leas partidistas que non nos levan a ningunha parte. É que, agora, axudar dende os concellos, cando seguimos sen ter unha proposta real de coordinación, é que é un despropósito, é que ademais, ¿onde vamos poñer o límite?, ¿onde poñemos o límite?, se mañá Ryanair, cun convenio coa Xunta ou non, decide poñer unha liña de baixo custe Santiago-París e Air France en Peinador decide suspender, pechar, a liña Vigo-París, algo que, evidentemente, é fundamental para o aeroporto de Peinador, para Vigo e para a súa comarca, ¿tamén vamos subvencionar Air France, a liña Vigo-París, dende o concello e a Deputación?, ¿de onde o quitamos?, da partida das bolsas de comedores, é absurdo, este é un camiño que non nos leva a ningunha parte. Pero tamén é certo, estamos nunha situación moi preocupante no caso do aeroporto de Peinador, déixense todos xa deste tipo de debates e tomen medidas, e ademais, neste caso, o Partido Popular ten nas súas mans tomar medidas, o Partido Popular ten nas súas mans tomar medidas e son urxentes, son urxentes. E, nós, de verdade, non vamos votar a favor, non vamos votar en contra, nós abstémonos porque esta é unha lea absurda, a situación é moi grave porque non se están tomando medidas nin dende o Ministerio nin dende a Xunta, pero, dende logo, esta proposta é un auténtico despropósito tamén. Sr. Presidente.- Dona Iolanda Veloso, como vostede ben dicía, coincidimos en moitas cousas, pero, tamén lle digo unha cousa, vostedes son corresponsables de ter a ese señor de alcalde en Vigo, a ver se nos vamos a olvidar dunha cuestión importante, son corresponsables de ter a ese señor de alcalde en Vigo, e polo tanto, se dalgunha maneira apostaron por el, se entende que ó apostar por el pois terían que estar de acordo con el nas cousas que afectan ós intereses xerais de Vigo, supostamente, ou senón, dicirlle, evidentemente, xustamente o contrario, pero vostedes son corresponsables. Cada un leva na súa mochila, evidentemente, as súas “cositas”, e vostedes, evidentemente, son os corresponsables de ter, neste caso, a este señor aí ó fronte facendo demagoxia e demais, constantemente, enfrontándose a todo o mundo e non conseguindo absolutamente nada, porque se dixéramos, oe, aínda así, oe, fai isto e consegue ¿que?, nada, o que consegue, como dicía antes, cada vez que el fala soben os billetes no aeroporto de Peinador, para os avións que entran e que saen. El é o gran aliado, precisamente, das grandes compañías, ¿verdade?, ó final agora estamos asistindo, como vostede ben dicía, a unha subhasta, ¿quién da más?, e como son o diñeiro das administracións, pues quién da más, e, o Sr. Santos xa dicía, un millón, ou dous ou tres, os que fagan falta, o que faga falta, así o puxeron no voo Vigo-Londres, que custou, eu creo que 70 euros por pasaxeiro, 70 euros por pasaxeiro, que lle pagaron vostedes, e, claro, o Bloque retiroulle o seu apoio porque dixeron, mira, isto é un cachondeo, ¿verdade?, isto é un cachondeo, cando hai outras necesidades poñemos un voo Vigo-Londres e ademais vin por aí, non sei onde vin unha nota, que vai o Sr. Caballero e levou non sei cantos rapaces a Londres e levounos vía Oporto, en vez de levalos por Vigo levounos vía Oporto. É un despropósito de tal calibre, de tal calibre que non ten, pero, isto é bo que o escoiten os cidadáns, certo é que hai algún medio de comunicación que quere facer seguidismo disto e parece ser que está moi contento con esta situación de seguir neste ritmo, bueno, pois alá el e as súas explicacións, me gustaría ademais que fixeran unha enquisa para que comprobaran cal é a realidade desta situación, para que despois nos deramos conta do erro que estamos cometendo con este tema. Polo tanto, eu o que teño que dicir neste sentido, que a Deputación, na maioría do posible, está aquí e xa demostrou claramente o que quería facer neste sentido, e aí están, neste caso, o que levamos feito, e polo tanto, eu, vou a seguir nesa mesma dirección. Sei que o Sr. Portavoz do Partido Popular en Vigo xa, con moita claridade e rotundidade, manifestou todo o que dende aquí se fixo, ou que dende alí se pode facer, pero vostede xa, dicía ben a Sra. Veloso, que se deixe de facer política, eu non estou facendo, o único que está facendo política con este tema é o Sr. Caballero, aquí nadie está facendo, porque foi el quen entrou, precisamente, a saco, neste asunto, ¿vale?. O Partido Popular, como é normal, sendo o partido máis votado en Vigo, o que debe facer é, pois, se lle preguntan ten que contestar, claro está que hai unha tendencia, concretamente en relación a un medio de comunicación, clara con ese tema, e esa é a realidade, pero fóra de aí, ó Partido Popular cando lle preguntan pois contesta, contesta, pero a realidade é a que nos levou a error tras errores no pasado e espero que neste caso, eu sei que os cidadáns da provincia de Pontevedra son sumadamente intelixentes, sumadamente intelixentes e van a saber valorar que esta cuestión vai moito máis alá do que sexan os concellos e que, polo tanto, teno que resolver quen o ten que resolver, e, non somos nós, e máis hai unha crise económica moi importante polo medio. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, bos días. Eu creo que este debate, os que somos de Vigo levamos aproximadamente uns 295 días, aproximadamente, con el, todos os días ademais, polo tanto, o que dicía a Sra. Veloso ten razón, moitas veces xa está un, xa de reiterar os temas, eu creo que aburrimos á xente, porque, evidentemente, é unha cuestión que xa nos sobrepasa a todos. Pero, a min me gustaría intentar, como en Vigo só temos 5 minutos para falar destas cuestións e aquí temos un tempo prudente, que tamén é unha das cuestións importantes, deixar claro... Sr. Presidente.- Perdón, un tempo prudente non, o tempo que sexa necesario. En Vigo vostede ten 5 minutos para poder dar a súa opinión e aquí o tempo que sexa necesario. Sr. Figueroa Vila.- Pois llo agradezo Presidente, que é importante. Sr. Presidente.- Non, non, xa sabe que sen ningún problema, non, en Vigo non, en Vigo el ten 5 minutos, llo recordo, non, claro, ¿e o alcalde canto ten?. ¡Ah!, vale, vale, vale. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, dicía que cando se fala dun tema, loxicamente, hai que por enriba da mesa, primeiro datos, porque, loxicamente, os datos nos levan a ter argumentos e os argumentos nos levan a concluír e as conclusións nos levan a facer un diagnóstico e o diagnóstico nos leva a planificar e planificar nos leva a acertar, que na maioría dos casos é así. Miren, aquí o Presidente da Deputación, o Sr. Louzán, chegou aquí no verán do ano 2003, e, se deu unha circunstancia, que en Vigo o Partido Popular pois, por diversas circunstancias que non vamos agora a debater, en decembro do ano 2003, pois se fixo cargo da alcaldía de Vigo. ¿Saben vostedes cantos pasaxeiros había naquel momento?, novecentos once mil, novecentos once mil. O ano 2005 se incrementou a un millón cen, no ano 2006 a un millón douscentos e no ano 2007, que é cando hai eleccións, en maio de 2007, na metade do ano 2007, Peinador tiña un millón e medio de pasaxeiros. E aí o Partido Popular deixou de gobernar. ¿Que fixo o Partido Popular durante este tramo de catro anos cun incremento de case quiñentos mil pasaxeiros?. Pois, miren, negociou con dúas compañías importantes, que non operaban en Peinador, unha Air Europa e a outra Air France. Air Europa conseguiu o récord de pasaxeiros no aeroporto de Peinador durante eses anos. Air France se foi consolidando durante todos eses anos, esa foi a xestión que fixo o Presidente da Deputación máis o Partido Popular que gobernaba na cidade de Vigo. É dicir, nos preocupamos de Peinador, mantivemos as rutas con Madrid, mantivemos as rutas con Barcelona, se mantiveron as rutas e se incrementaron con Bilbao, se fixeron algunhas rutas puntuais, e, dunha maneira clara, se consolidou a ruta de Air France con París. Estes son os datos, os datos. ¿Cando chega ó goberno o Sr. Caballero?, en maio, xuño, do ano 2007. Segue gobernando na cidade de Vigo e, os datos pois falan por si solos: ano 2007 ese millón e medio, ano 2008 un millón douscentos, ano 2009 un millón cen, ano 2010 un millón, ano 2011 novecentos mil, ano 2012 oitocentos mil, ano 2013 en torno ós seiscentos mil. Xestionaba a cidade, ¿non se enterou durante seis anos do que estaba pasando en Peinador?, é a primeira pregunta que fago, ¿non se enterou o Sr. Caballero durante seis anos o que estaba pasando en Peinador?. Pois en Peinador estaban decrecendo, estaban diminuíndo o número de pasaxeiros. É certo o que di o Presidente, que iso non é só unha cuestión de xestión, é unha cuestión da crise que tamén afectou a todos. Polo tanto, ese é o primeiro, o primeiro escenario, a primeira foto que temos, un alcalde dunha cidade coma Vigo, que ten un aeroporto tan importante, que foi Ministro de Transportes, e non se entera, non se entera que Peinador está descendendo cada ano 150.000 pasaxeiros. Nós, ¿que fixemos?, igual que fixo o BNG en moitos plenos da corporación, fixemos tres mocións durante todo este tempo e lle dixemos ó Sr. Caballero, “vai mal Peinador, hai que tomar medidas”, e el dixo, non, non, non, isto está ben. Nas mocións do Pleno todos os concelleiros do Partido Socialista defendían que era unha cuestión conxuntural, que xa pasaría, que non sei canto, é dicir, non se preocupou de Peinador durante seis anos, durante seis anos non fixo nin unha sola proposta concreta para o aeroporto de Peinador. Agora ultimamente, ¿que fai?, como ve que vai en caída libre, ¿que busca?, botarlle a culpa a todo o mundo menos a el, a todos menos a el, á Xunta de Galicia, á Deputación, ó Presidente Feijoo, a Louzán, a Figueroa, a todos, a todos, claro, todos do Partido Popular. Pero non lle dixo ó señor Pepe Blanco, cando gobernaba e era Ministro, pero Pepe, ¿por que constrúes en Santiago un aeroporto que está custando 230 millóns de euros?, ¿para quen?. Para os paxaros. ¿Para que?. Iso non llo dixo, seguramente se olvidou, tamén, que no ano 1987, aproximadamente cando el era Ministro, no ano 87, creo que era, o Sr. Caballero foi, o 17 de abril do ano 90, pero no 87 e no 88 o Sr. Caballero foi Ministro e, cando foi Ministro, ¿sabían o que dicía o Sr. Caballero?, que había que potenciar o aeroporto de Lavacolla como aeroporto internacional e Alvedro tiña que ser para voos domésticos e Peinador para baixo custe, low cost, vuelos charter, como se lle chamaba naquel momento. ¿E saben o que sucedeu naquel momento?, que se construíra a pista de Alvedro, e, ¿saben o que pasou?, pois que foi nomeado fillo adoptivo da cidade da Coruña, fillo adoptivo da cidade da Coruña, nun momento clave dos aeroportos galegos, no ano 90, que había que tomar unha decisión importante e estratéxica, aquela si que era unha decisión estratéxica, ¿que aeroporto potenciábamos?, porque os tres estaban, bueno, empezando. Pois el, como claro, el non era candidato pola provincia de Pontevedra, era candidato pola provincia de A Coruña, iso o sabe pouca xente, o Sr. Caballero era candidato pola provincia da Coruña ó Congreso dos Deputados e foi nomeado fillo adoptivo da cidade de A Coruña. Esa é unha decisión determinante, para os que queiran facer análise, determinante, porque se naquel momento el non apoiara Alvedro, seguramente hoxe o aeroporto central de Galicia sería Peinador, seguro, sen lugar a ningunha dúbida. Iso é clave, polo tanto esta é a cuestión con respecto á pregunta, ¿que fixo o Sr. Caballero durante estes seis anos?, pero, ¿que fixo anteriormente?. Despois, claro, agora di que a Xunta de Galicia ataca Vigo, que a Xunta de Galicia non subvenciona o aeroporto de Peinador, que o quere pechar, o máis sinxelo que di e o máis normal que di é que a Xunta quere pechar o aeroporto de Peinador e di que non se lle dan axudas. A pregunta é, ¿o Sr. Caballero gobernou en Vigo con tamén unha parte da lexislatura do BNG e do Partido Socialista en Santiago?, ¿que pasou durante aquel bipartito con Vigo?. Pois miren, o bipartito levou a cabo unha política de subvencións centradas exclusivamente no aeroporto de Santiago, durante os anos 2005, 2006, 2007 e 2008, a inversión foi a seguinte, gobernando o BNG e o Bloque, que vostedes non se escapan tampouco daquel goberno, pois miren, lle deron a Lavacolla 4.000.000 de euros, ó aeroporto de Alvedro 300.000 euros e a Vigo, ¿sabe canto?, 0, 4 a Lavacolla, 300.000 mil a Alvedro e a Peinador 0. Esa é a política que vostedes agora están denunciando e a que denuncia el, toma decisións nun momento estratéxico, non fai nada durante seis anos e permítelle ós seus compañeiros de goberno ou de partido que se burlen de Vigo. Datos do ano 2009, 2010, 2011 e 2012, co Presidente Feijoo, ata o 2012. Aeroporto de Lavacolla, catro millóns de euros; aeroporto de Alvedro, tres millóns e medio de euros; aeroporto de Peinador, tres millóns novecentos mil euros. Lle deu igual a todos, é certo, igual a todos, en torno ós catro millóns de euros. Pero, claro, o problema é que sucedeu durante este tempo, pois, neste tempo o que sucedeu é que o Sr. Caballero nos dixo o seguinte, primeiro, se levantou e boicoteou o Comité de Rutas porque xa non estaban os seus colegas de partido, se levantou do Comité de Rutas en Santiago, fixo aspaventos, fixo unha posta en escena e dixo que aquilo non servía absolutamente para nada. Ben, pero en Vigo había unha fundación que se chamaba fundación Pro-Vigo, e ¿saben o que pasou coa fundación Pro-Vigo?, que era de empresarios, da confederación, da cámara, de todas as institucións, pois se contrata un xerente, a un xerente profesional, a un experto aeroportuario, como lle chamaban, ¿para que?, para que dende a fundación Pro-Vigo se fixeran políticas adecuadas e se planificase o aeroporto de Peinador. E, ¿saben o que sucedeu?, como ese señor non o contratou el, senón que viña dunha época anterior, pois o cesou, o cesou, pero claro, cando quixo cesalo non se dera conta que tiña unha cláusula de indemnización de 232.000 euros, pois lle pagaron 232.000 euros e o votaron á calle, iso é o que fixo o Sr. Caballero. Pero, durante estes anos, 9, 10, 11 e 12, rutas consolidadas en Peinador, ningunha; rutas que se perderon co Sr. Caballero, Londres, Bruselas, Sevilla, Zaragoza, Córdoba e Valencia; e teño todos, toda a hemeroteca, se alguén a quere, para enseñarlla, todas esas rutas se perderon, que estaban traballando gracias a esas subvencións, que é certo que eses 4 millóns e medio de subvención non significou para recuperar máis pasaxeiros, senón todo o contrario, descendeu en 500.000. Pero, promesas incumpridas do alcalde, nos prometeu unha ruta a Huesca, non funcionou nunca; nos prometeu unha ruta a México, non funcionou nunca; nos prometeu unha ruta a Málaga, non funcionou nunca; nos prometeu unha ruta a Milán, non funcionou nunca; nos prometeu unha ruta a Frankfurt, non funcionou nunca; nos prometeu unha ruta a Múnich, non funcionou nunca; nos prometeu unha ruta a Roma, non funcionou nunca; con hemeroteca, isto non o estou inventando eu, hemeroteca, periódicos, “el concello negocia una ruta Peinador a Múnich y espera tener cuatro enlaces internacionales”; “un vuelo enlazará Vigo y Huesca durante la temporada de esquí, desde diciembre de 2009”; “la compañía que propone vuelos entre Vigo y Méjico podría operar en cuatro meses”; “Clicker estudia prolongar a Málaga su vuelo entre Londres y Peinador”. Máis promesas, “Spanair conectará con Peinador con las Palmas de forma regular”; “Peinador estrenará en junio una conexión con Las Palmas”; “Caballero promete vuelos directos a Londres, Frankfurt y conexiones con Milán”; “Caballero diseña un plan para captar vuelos internacionales y hacer frente a Oporto”. Podíamos continuar con todo este incumprimento e con todo este rosario de promesas. E agora vén a última etapa, a última etapa onde o Sr. Caballero, é certo que se marcha daquel Comité de rutas, incumpre todos os compromisos habidos e por haber e non fai ningún tipo de negociación. Entón, ¿que ocorre?, o que intenta facer é trasladar á opinión pública que aquí só as institucións que goberna o Partido Popular son as que non defenden a Peinador, iso si, excepto algúns, porque el intenta montar a estratexia de, hai buenos, algún bueno e a maioría son todos malos. Fala do tema das subvencións, como acaba de demostrar, claramente, claramente, as subvencións durante o goberno do Partido Popular son as que dixen, en torno a eses catro millóns de euros, e agora, entra noutra fase e a fase de agora, é dicir, que Peinador o PP o quere pechar. Entón, intenta trasladar á opinión pública un debate, un debate, como dicía o Presidente, para desviar a atención doutros temas, doutros temas, que despois vou a entrar neles, abre un debate e o debate é que, ¿cal é a mensaxe do debate del?, as institucións do PP queren pechar Peinador, rotundamente falso, mentira, é unha falacia, é unha calumnia, do máis alto grado. Entón, ¿que ocorre?, intenta trasladalo á opinión pública e se lle ocorre outra manifestación, e di na manifestación que hai un obxectivo de intentar que 40.000 persoas vaian á manifestación, pero, ¿que resulta?, resulta que os vigueses e as viguesas son intelixentes, e, entón, en vez de 40.000 pois van 3.000 ou 3.500, vou a ser ata xeneroso, vou a dicir que son 4.000, 4.000, 4.000, eu respecto a esas 4.000 persoas que foron, pero, a pregunta que hai que facer, é que hai 296 mil vigueses e viguesas que non foron a esa manifestación, é, ¿que se traduce desa manifestación?, que non ten a maioría social, pero, o máis grave de todo que se traduce, é que tampouco ten a maioría política, porque o alcalde está en minoría, ata en minoría clara, como se acaba de demostrar aquí e nós non temos esa responsabilidade, a responsabilidade desa minoría está clara que é do Bloque Nacionalista… Sr. Presidente.- Dona Isaura e señores do Grupo Socialista, aínda que se falou hai un pouco, por respecto, deberían escoitar o que está dicindo o Portavoz do Partido Popular. Sei que vostedes o respecto ás veces pois o pasan por alí, pero, en todo caso, lle pediría que respectaran ós compañeiros cando están intervindo. Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Dicía que convoca unha manifestación, unha manifestación que é un auténtico fracaso, un auténtico fracaso, e que se demostra, claramente, que non ten maioría social pero tampouco ten maioría política, porque o problema que ten o alcalde é que se o Bloque Nacionalista Galego non houbese votado, hoxe a alcaldesa sería do Partido Popular. Pero o Bloque Nacionalista Galego tomou a decisión de votalo e despois escapar, non quere saber nada del. Agora fai un achegamento, coma os ciclistas, á goma, de vez en cando lle interesa, se acerca, de vez en cando non lle interesa, marcha, polo tanto, vostedes, Sra. Veloso, son tan responsables como el, tan responsables como el, porque vostedes votáronlle a investidura… Sr. Presidente.- Sra. Abelairas, eu non sei cantas veces lle vou ter que dicir que me gustaría que respectara a todos os que interveñen. Sei que a vostede lle gusta o folclore, falar, intervir e tal, pero se quere pedir a palabra pida a palabra e fale, pero mentres están falando os compañeiros debe escoitar. ¿De acordo?. Moitas gracias. Sr. Figueroa Vila.- Ben, e dicirlle ós cidadáns que excepto no último Pleno o alcalde non levou nunca, nunca, en seis anos, nin unha sola proposta concreta para Peinador ó Pleno da corporación, nunca, e se alguén me demostra o contrario, que mo diga, que ensine os documentos e os papeis, eu fago unha afirmación, o alcalde, excepto no último Pleno, non levou ningunha proposta concreta de cantidade económica para Peinador, por iso o Partido Popular nunca puido votar nada en contra dese tema porque nunca levou nin unha sola proposta o alcalde de Vigo, iso si, confundía á opinión pública dicindo que o Partido Popular estaba en contra de todas as propostas que facía o alcalde de Vigo. Nós, analizando esta cuestión tomamos unha decisión, hai dous meses, de pedir un Pleno extraordinario, un Pleno extraordinario, ¿para que queríamos ese Pleno extraordinario?, para dúas cuestións, para que o alcalde de Vigo presentase un plan de rutas e para que o alcalde de Vigo constituíse unha comisión de traballo cos tres grupos políticos, porque como non tiña maioría queríamos que se debatese aí. En canto á proposta do Comité de rutas, do Plan de rutas, nos presenta hai un mes este documento, documento que, por certo, non ten autores, non ten autor, non sabemos quen o fixo, sempre o preguntamos e resulta que hai un documento que non ten autor, é dicir, non o sabemos, non sei se o fixo el, se o fixeron os colaboradores, se o fixo a Convention Bureau, se o fixo, non sabemos quen, non sabemos o que custou, que algún día, bueno, preguntaremos. Presenta este Plan de rutas, este Plan de rutas que despois vou falar del e, a maiores, non convoca a Comisión de traballo dos tres grupos. Polo tanto, consideramos que nese Pleno extraordinario hai un incumprimento grave, que o alcalde non o quere facer, intencionadamente, de que esa Comisión de traballo se constitúa. E o alcalde leva unha modificación de crédito, cunha cantidade concreta, 366.000 euros para a dinamización do aeroporto de Peinador, non fala de Volotea, fala da dinamización do aeroporto de Peinador. E nós, lle preguntamos de onde saen eses cartos e nos din que saen dos aforros que tivemos cos préstamos, cos intereses de dous préstamos. Partida que foi unha amortización de débeda de 16 millóns de euros, que se recuperaron eses intereses, que votou o Partido Popular, o Bloque tampouco votou, porque nós seguimos o noso criterio e a nosa liña, aquí amortizamos débeda, alí nos plantexan a amortización de débeda e a votamos a favor, pois ese diñeiro que posibilita a dinamización do aeroporto de Peinador era unha aprobación inicial que nós lle facemos, a partir de aí esa aprobación inicial de dinamización do aeroporto de Peinador, agora mesmo, está para tomar unha decisión. Nós lle pedimos no último Pleno que lle aprobaríamos esa modificación de crédito condicionada a que convocase a comisión de traballo, e o outro día convocou unha comisión de Portavoces que el dixo que era de traballo, bueno, pois deixemos esa comisión tal cal, tal cal está. Pois miren, saben cal é a cuestión desa comisión de traballo, as catro conclusións, que creo que a Sra. Veloso non me vai a deixar por mentiroso porque eu collín os datos de cal era, que era o que estaba dicindo o alcalde, o alcalde nos di que dos catro temas importantes que tiña para Peinador, Iberia Express, Vueling, Volotea e o voo de Oporto, nos di o seguinte dos catro temas: con respecto á compañía Iberia, “no tiene suficientes aviones para 14 vuelos”, porque di que hai un ere da empresa, agora a xustificación, é a primeira vez que vai ter a culpa a Ministra de Fomento de algo que pasa en Peinador, pois ó parecer ten un problema, el anunciou a través da compañía Iberia que ían a recuperar os voos, bueno, pois el nos dixo o outro día nesa reunión informativa que non había avións suficientes e que a culpa a tiña o Ministerio de Fomento porque tiña un ere enriba da mesa, se se cae isto adiós Peinador. Pero, segunda cuestión, fala de recuperar os voos Vigo-Barcelona, porque saben vostedes que o 82% da porcentaxe dos voos están entre Vigo-Madrid e Vigo-Barcelona. Bueno, pois nos di que Vueling, que é a que pode ampliar os horarios, nos di que lle dixo nunha reunión que lle envíase unha petición por escrito dicindo cal era a ampliación dos voos, que era o que quería o aeroporto de Peinador e o alcalde, e que por escrito lle contestarían canto vai custar e as posibilidades que teñen, primeiro, as posibilidades que teñen e despois canto vai custar. É dicir, a primeira se cae porque non hai avións, a segunda se pon en dúbida porque nos vai a custar uns cartos, que claro, cando lle manden o tal, o que diciamos anteriormente, subhasta, chantaxe ás administracións e ó final, cada día que fala el ou que fai unha proposta, máis caro o billete de avión. E con respecto a Londres nos di taxantemente, é irrecuperable ese voo, non hai ningunha posibilidade de recuperar o voo a Londres. Pero, despois vén Volotea, claro, e de Volotea, ¿cal é o problema?, dunha proposta inicial que era a seguinte, base en Vigo inmediatamente, ano 2014, catro rutas Valencia, Sevilla, Palma e Ibiza; ano 2015, Málaga, Alicante, Bilbao e Menorca; ano 2016, Canarias; operativas todo o ano, todas as semanas do ano estarían operativas. Esa foi a primeira proposta que nos fixo. Pero, ¿que nos dixo o outro día na reunión?, que agora esa proposta non era posible, e non era posible, ¿por que?, porque non haberá base en Vigo, xa definitivo, que xa llo confirmaron, no ano 2014 en vez de catro voos haberá 3 a Valencia, Palma e Ibiza; pero, a que é a matización máis importante, en vez de todo o ano, estacional, cada tres meses, cada tres meses. Miren a diferenza vostedes, de todo o ano a tres meses, a tres meses, e cunha condición, que se no ano 2014 funciona, no ano 2015 e 2016 se implantará senón se marchará. ¿Que vai a suceder?, coma os compromisos incumpridos que ten dos voos a Córdoba, a Frankfurt, a Munich, a algún lado que funcionaron dous días ou tres e cando non había demanda pechaban eses operativos. Bueno, pois esa é a situación actual do aeroporto de Peinador. Iberia Express con problemas, trasladado polo alcalde, Vueling lle vai a custar o que lle poñan enriba da mesa, chantaxe e subhasta, pura e dura. Con Air Europa non hai negociación posible, está intentando facer o mesmo, é dicir, ¿que está facendo Air Europa?, está clarísimo, como mira que hai unha persoa que está intentando desestabilizar e confundir á opinión pública e intentando chantaxear ás administracións e insultando ás administracións, din, como, “ahora os vais a enterar, os quito el vuelo”, xa viredes por detrás e xa pagará quen queira pagar, que é o que están a facer. E, esperemos, e esperemos, porque os rumores e a información que nos chegan, incluso onte, nun acto que houbo importante na cidade se falou deste tema, onde Air France, Air France, que está operando sen subvencións, sen subvencións, que poida dicir mañá, mire, “o me pagan, o me pagan mi aerolínea o me voy también a otro lado”, que, seguramente, é máis rentable a liña. Iso é o que pode pasar, todo, ¿por que?, porque un señor intentou facer un debate de insulto, de calumnia, de enfrontamento e, loxicamente, intentando distorsionar a realidade do que está a pasar, eu creo que, pola súa falta de xestión, de ineficaz, de incompetente, é unha persoa que non fixo absolutamente nada polo aeroporto de Peinador, nada polo aeroporto de Peinador, nin no ano 80-90 cando tiña que volcarse con aquel plan estratéxico e dicir que Peinador era un dos aeroportos prioritarios e non dicir que Lavacolla era o aeroporto internacional, que Alvedro era o aeroporto doméstico e que Vigo era o aeroporto de liñas charter, que era como se chamaba naquel momento, e permitirlle ó seu compañeiro de partido, ó Sr. Blanco, que fixese unha inversión de 230 millóns de euros en detrimento tamén de Peinador, porque iso non se fala, claro, aquí agora só se fala das axudas a Lavacolla, Alvedro, pero non se fala das inversións que se fixeron alí multimillonarias que están para os paxaros. Iso si que non se fala nin o fala nadie. Quen fala dese diñeiro, bueno, dese diñeiro que se tirou, non, perdón, dese diñeiro que se deixou contratado pero que non estaba nin consignado, que, por desgracia, ese diñeiro non foi contra as partidas do presuposto que xestionou o Sr. Blanco, foi contra as partidas actuais, que é o que está pasando no aeroporto de Vigo tamén coa ampliación do parking. Nós, ¿que plantexamentos, evidentemente, queremos plantexar?. Primeiro, que o alcalde debe asumir claramente que está en minoría, e iso, o Bloque está aí, o alcalde está en minoría, ten que convocar esa comisión de traballo, esa comisión de traballo ten que traballar con rigor, con seriedade e con propostas concretas, non demagóxicas, non buscando única e exclusivamente a rentabilidade política, senón que ten que intentar buscar a rentabilidade e o restablecemento do equilibrio económico financeiro para que as empresas poidan operar, e que o aeroporto de Peinador poida ser funcional e operativo, e iso é o que creo que se ten que facer dende o concello de Vigo e por parte do propio alcalde. E, mire, o aeroporto de Peinador, os pasaxeiros non van alí única e exclusivamente por que si. Esta cidade, a cidade de Vigo ten unha demanda de certas cuestións que o alcalde non cumpre ou non cubre, se fixo un Palacio de Congresos, a bombo y platillo, cambiou a placa, puxo a súa placa porque dicía que non era da Xunta e resulta que o Palacio de Congresos leva un ano e medio, ¿sabe para que foi?, para que en campaña electoral pasearon por alí todos os que quixeron visualizalo e agora está a punto de pechar, de pechar, antes de onte había dous cruceiros na cidade de Vigo, chegaron ás 8,15 da mañá, eu o comprobei porque me chamaron para que fora velo, ás 9 da mañá a oficina de turismo estaba pechada, pechada, é dicir, un sector que podemos coidar, como é o turismo, nin se preocupa; campañas promocionais, ningunha, campañas promocionais, ningunha. E despois, outro debate que non se abre e nadie quere abrir, se o problema real está nas frecuencias, está nas aerolíneas, pero está en algo fundamental que é o prezo do billete, o prezo do billete é fundamental, e claro, e agora, se nos descolgan, claro, con Iberia, dicindo que vai haber uns billetes de avión cun custe de 80 ou 90 euros, que xa veremos, nós estamos sacando, e ademais, para que non haxa oscurantismo, todos os días unha ficha de todos os aeroportos galegos sabendo cales son os custes dos billetes de avión, e faremos un resume cando teñamos todos eses datos faremos unha proposta concreta. Pero mire, o Partido Popular ten propostas e ten propostas de acción, e, dende logo, non vai o alcalde a xustificarse con nós con argumentos, como fixo, que eran mentira, rotundamente falso todo o que intentou trasladar, de que o Partido Popular votara en contra das propostas de financiamento de voos. Nós, é certo que non nos convencen, non estamos de acordo coas subvencións ás aerolíneas, porque se demostrou claramente que cando se subvencionan as aerolíneas non se consolida que as aerolíneas que se subvencionan chantaxean ás administracións, producen subhastas, e ó final 4 millóns de euros utilizados durante o ano 9, 10, 11 e 12, ó final provocou un descenso de 500 mil pasaxeiros. Pero, se o alcalde de Vigo, se o alcalde de Vigo quere facer esas propostas que as faga, nós non vamos a ser o impedimento, iso si, como oposición, nós non temos responsabilidade de goberno, como oposición vamos a fiscalizar, como oposición vamos a presentar alternativas, que as temos, nós temos o noso documento alternativo, que nalgunhas partes coincide co que presentou e noutras non, porque, evidentemente, nós temos un criterio totalmente distinto de como había que xestionar Peinador. Aquí hai un grave erro, que non se fixo durante seis anos, que se estivo en minoría, que non se presentou nin unha sola proposta e que, evidentemente, evidentemente, o único que provoca, que quere o alcalde é a confrontación, o enfrontamento, iso lle dá réditos electorais, pero o que si está claro, xa o dixo o Presidente, Vigo se vai a ver prexudicada a curto e a medio prazo, non temos ningunha dúbida. E, despois temos que buscar algo, que é a obxectividade e a realidade do que temos, temos tres aeroportos galegos e temos un competidor nato en Oporto. Oporto no ano 95 e 96 tiña catro veces menos de pasaxeiros, fixo unha política agresiva, de vir a buscar os pasaxeiros a Galicia, en coches particulares, en taxis, en autobuses, etc., etc., e a política aeroportuaria de Oporto ten a súa singularidade, igual que a ten a de Bilbao, pero ten, ten unha política aeroportuaria, e eu creo que, dende logo, se nós tivésemos a responsabilidade de gobernar esta cidade poríamos, como exemplo, o que pasou do ano 2003 ó 2007, porque é real, é real, o Presidente da Deputación fixo as negociacións oportunas coas compañías, eu fun testigo de como se chamaba ás compañías todos os días dende esta casa, como se intentaba negociar, como había dificultades e ó final se chegou a acordos con, dous casos concretos que foron moi importantes para o desenrolo do aeroporto de Peinador, como foi Air Europa e Air France. O que está claro é que dende o ano 2007 o aeroporto de Peinador non ten xestión e o alcalde de Vigo non ten liderazgo da xestión do aeroporto de Peinador, nin ten liderazgo sobre o que hai que facer, nin ten claro o que hai que facer no aeroporto de Peinador, porque, como estas propostas todas, como todas estas propostas que están enriba da mesa non se cumpran, evidentemente, alguén será responsable, alguén será responsable, non se lle pode botar a culpa sempre, de todo, ós demais. O que pasa é que o alcalde, hai unha cuestión que está clara, canto peor lle vai á cidade el entende que mellor lle vai a el, pero ó final, seguramente a curto prazo pode ser que sexa así, pero a medio e a longo prazo se está prexudicando á cidade de Vigo, ó aeroporto de Peinador, e nós cremos, que hai unha parte na que coincidimos co Bloque, que os tres aeroportos galegos teñen que buscar a complementariedade, a especialización e a coordinación para que as cousas poidan funcionar correctamente. E esta casa sempre axudou ó aeroporto de Peinador e creo que aí está, aí está, hai cousas que me quedan, pero, como non se xestiona o tema do parking de Peinador, é dicir, IFEVI resulta que necesita un aparcamento, resulta que necesita un aparcamento, cando hai feiras hai colapso, o aeroporto de Peinador o parking vacío, e non se pode tomar unha decisión de conexión, menos mal que a Ministra vai facer unha pasarela, pero o alcalde de Vigo desta xestión nin se preocupou. Pero poño como exemplo algo que si lle atañe ó concello de Vigo, hoxe custa igual ir nun taxi dende o aeroporto de Peinador a IFEVI que baixar do aeroporto de Vigo ó centro da cidade, porque a baixada de bandeira ten o mesmo custe, co cal, timamos ás persoas, se tima ás persoas que chegan ó aeroporto de Peinador e teñen que ir ó IFEVI, porque pagan o mesmo, a baixada de bandeira, o mesmo que se fose ó centro da cidade, isto non se preocupa. Do transporte metropolitano, se unha persoa quere ir de Baiona ou de Nigrán ó aeroporto de Peinador en transporte público non pode ir, ¿saben por que?, porque o alcalde non quere participar no transporte metropolitano, o boicotea, e creo que son moitos exemplos, e o transporte urbano, pasa exactamente igual. Bueno, eu creo que tiñamos que facer esta reflexión, tiñamos que dar esta serie de argumentos, e, evidentemente, nós temos o noso documento que, xa lle dixemos ó alcalde, que nas próximas horas estamos dispostos a debatelo, hoxe non é o momento, creo que por cortesía co propio alcalde e a comisión de traballo non queremos facelo público, e nos parece que, onde hai que facelo é nesa comisión de traballo. Eu, dende logo, mañá e o luns chamarei ó alcalde e llo direi ó alcalde para que convoque esa comisión para que o Partido Popular poida presentar o seu documento, que xa dicimos, se mellora este, mellor, e senón, evidentemente, o remitiremos ó Comité aeroportuario galego que cremos que é onde se deben de debater todas as cuestións que se poidan plantexar para o aeroporto de Peinador, porque, volvo a repetir, a complementariedade e a especialización e a coordinación dos tres aeroportos é fundamental, se vamos todos por libre só hai un gran beneficiado que se chama Oporto. Sr. Presidente.- Moitas gracias, por esa ampla exposición, Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Ben, unha vez que por parte do Presidente desta Deputación e o Portavoz do Partido Popular pois fixeron o debate do estado da cidade de Vigo, pois eu vou tratar de falar do que nos ocupaba aquí que era da moción referida ó aeroporto de Peinador, que é o aeroporto desta provincia de Pontevedra. En segundo lugar, rexeitar todas as acusacións de falta de lexitimidade dirixidas ó alcalde da cidade de Vigo D. Abel Caballero Álvarez, a mesma lexitimidade que temos cada un de nós para estar aquí, incluído o Presidente da Deputación, que eu non vou a cuestionar esa lexitimidade. E rechazo todas e cada unha das afirmacións que se fixeron aquí fóra de lugar, fóra de tono e con absoluta falta de respecto por parte do Presidente desta institución. Eu, como portavoz deste Grupo Socialista, non vou a entrar, non vou a entrar niso porque respecto a esta Institución. Algunhas das cuestións, porque hai que dicilas, porque parece que son verdade. No Pleno do concello de Vigo hai un regulamento acordado por todos os grupos políticos que nos dotamos dun tempo determinado, no concello de Marín acaban de poñer 7 minutos por intervención, ben feito, o acordan e ben feito, é así, é así, e entón non é cuestionar que aquí dean tempo e alí non dean tempo, aquí parece que alongamos os debates para que a oposición non poida falar ata que se marchan os medios, iso pode ser outra cousa, que o propio Presidente da Deputación cuestiona que hai un medio que non lle fai todo o que el di, parece ser, ou que non di todo o que lle gustaría que dixera, non se pode cuestionar a independencia dos medios de comunicación. E, reitero, aquí nos trouxo algo moi concreto, moi concreto, e o que fixeron o Presidente desta Deputación e o Portavoz do Partido Popular é pretender facer o debate do estado da cidade de Vigo, e agora a miña pregunta é, ¿quen vai ser o candidato?, ¿se vai a presentar vostede Sr. Louzán, a candidato a alcalde de Vigo?, o reto a que o faga, o reto a que o faga, non houbo na historia da cidade de Vigo mellor alcalde que D. Abel Caballero Álvarez, non o houbo, preséntese vostede en Vigo, preséntese en Vigo, andan a buscar candidato e non o atopan, eu creo que hoxe os medios de comunicación poden recoller fielmente que o Sr. Louzán é o candidato do Partido Popular á cidade de Vigo. Sr. Presidente.- Xa hai tempo que non a escoitaba tan gorda. Sr. Rodríguez Díaz.- Preséntese a unhas eleccións, porque aquí aínda non nos votan para vir aquí, aquí vimos por outro tal, nos elixen de forma indirecta, non nos, a min non me elixiron, para ser Deputado Provincial, os cidadáns, ó mellor é algo que tamén temos que meter na reforma local. Pero aquí nos trae o que nos trae e nos trae que temos un aeroporto desta provincia, poderán vostedes remontarse á época das cavernas, á que lles dea a gana, pero a realidade é de que o aeroporto de Vigo está nunha situación, xustamente cando empeza a haber axudas en Alvedro e no aeroporto de Lavacolla. As de Alvedro, nada que cuestionar, son fondos do concello de Coruña, cada un pode facer o que queira con eles, pero o problema é cos fondos que van destinados a Lavacolla, que son fondos da Xunta de Galicia, de todos os galegos e galegas, incluídos os da provincia de Pontevedra, e aquí non veñen eses fondos e a casualidade é de que realmente, realmente, agora estamos a ver como en Vigo só quedan as rutas de Madrid, Barcelona, París e Bilbao, mentres que Santiago ten 20 e Coruña 10, e incluso no mapa de Aena non aparece sequera o voo a Bilbao, é dicir, que xa un, incluso o que temos xa o van retirando, e cando coincide iso, reitero coas axudas a Alvedro e coas axudas a Lavacolla. Tomando medidas agora, distintos concellos, como pode ser o de Vigo, tomando medidas dende a Deputación ou tomando medidas dende a Xunta de Galicia, non se vai corrixir iso nun mes nin en dous nin en tres, vai a ser unha recuperación lenta, pero senón se fai así, senón se fai así, dende logo que, teremos un grave problema, reitero, na nosa economía, na provincia e no emprego. Porque miren, o voo Vigo-París non é un voo que se puxo así porque si, é que dá a casualidade de que nesta provincia hai un cinturón industrial importantisimo do automóvil, relacionado, fundamentalmente, con Francia. Miren vostedes, non é unha cuestión de turismo, é unha cuestión de negocio, de empresarios, e, ¿sabe onde se instalan as empresas?, se instalan onde hai aeroporto, se instalan onde hai aeroporto e senón se instalan fóra de aí, e me parece que estas industrias están na provincia de Pontevedra. A Deputación, realmente, eu teño aquí algún apunte deses convenios que vostedes fixeron en 2006, que despois recorridos por Iberia, que se tiñan que devolver os cartos, pero non os tiveron que devolver porque o contrato estaba feito con Turismo Rías Baixas e a reclamación que fixo Iberia a fixo á Deputación. Iso foi o que fixeron vostedes, iso foi o que fixeron vostedes, algo que lle din os tribunais que é ilegal, que é unha ilegalidade, iso foi o que fixeron, non puideron, creo que dotar, máis de 450.000 euros, segundo manifesta o Sr. Hidalgo de Air Europa nos propios medios de comunicación, estes días. Polo tanto, non se vanaglorien vostedes de que fixeron, ¿que fixeron?, ¿que fixeron?, non fixeron absolutamente nada, falarían, gastarían moito en teléfono, pero dende logo, dende logo, ese convenio dende 2006, ¿canto tempo se aplicou?, ¿canto se pagou?, e miren, teñen aí as sentencias, están aí as sentencias. E, miren, eu lle vou a ler, lle vou a ler un párrafo dunha carta que recibiron todos os alcaldes desta provincia e que lle dirixiu o Presidente da Confederación de empresarios desta provincia, da provincia de Pontevedra, non da provincia da Coruña, onde está Lavacolla e onde está Alvedro, e di así, vai a todos os alcaldes, é o mesmo, di, “Dende a Confederación de Empresarios de Pontevedra quero agradecerlle o labor, -en concreto ó alcalde de Vigo-, quero agradecerlle o labor que se vén realizando dende o concello de Vigo y te animo a seguir defendiendo el papel estratégico que juega Peinador en el presente y futuro del desarrollo económico y empresarial de esta ciudad y del resto de la provincia”. Isto o di o Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra ó alcalde de Vigo. Eles algo disto saben, de economía, hai algún que nos sae tamén trabucado, de empresario, pero algo saben disto, algo saben disto. E miren, cando vostedes falan de chantaxe e tal, o chantaxe xa llo fixo á Xunta de Galicia Ryanair o ano pasado e llo está facendo agora mesmo, xa deixou de vender billetes para que chegue o Sr. Feijoo alí co cheque e lle diga, non, non, quédate, segue aquí vendendo billetes que eu che vou pagar. ¿Saben vostedes o que neste debate a min me queda claro?, como Portavoz do Grupo Provincial Socialista, que a vostedes os chamou o Sr. Feijoo, os chamou o Sr. Feijoo e lles dixo, coidadiño con isto, nin se vos ocorra, nin se vos ocorra potenciar o aeroporto de Peinador, nin se vos ocorra defender a economía, nin se vos ocorra defender o emprego desa provincia. Esa é a realidade, esa é a auténtica realidade. Mire, cando se fala, vostede Sr. Louzán, porque aquí, claro, se fala do mundo mundial e sesgando as cousas, cando vostede fala de recintos feirais, de parques industriais, de tres aeroportos, non sei cantas universidades. No Pleno pasado, non fai nin quince días aquí se aprobou 150.000 euros para Silleda, 150.000 euros para o recinto feiral de Silleda, para unha feira ó ano, para unha feira ó ano, pero aquí, ¿que estamos?, aquí a tratar de engañarnos, a dicir que Abel Caballero é moi malo, ten cornos, ten rabo, e non sei que, tal, xa sei que teñen obsesión por esa cidade, pero vaise ter que presentar vostede Sr. Louzán a ver se é capaz, a ver se é capaz de ganar aquela alcaldía, que o teñen crudo, xa llo digo, téñeno moi crudo, porque alí se defende a economía e o emprego daquela cidade pero tamén da provincia, cousa que o Partido Popular non o fai. Polo tanto, eu creo que, cando se fala de localismo, que casualidade, é localismo cando se fala desta provincia ou se fala de Vigo, non é localismo cando se fala de Coruña, alí non, alí é o interés xeral, tamén pasaba coas caixas de aforro, era o interés xeral, se van bancarizar as caixas de aforro. E agora, ¿que temos?, ¿que é o que temos?, iso o fixeron vostedes, os xenios da economía, o Partido Popular, os xenios da economía, os señores do Partido Popular e da contabilidade, da contabilidade tamén. Entón, Sres. do Partido Popular, aquí lle deron vostedes moitas voltas, criticaron moito a un alcalde elixido lexitimamente por todos os cidadáns, pretenden facer escarnio dunha cidade como a de Vigo e dos seus cidadáns, pretenden darlle a espalda a todos os cidadáns da provincia de Pontevedra, pretenden darlle a espalda, ou lle dan a espalda á súa economía e o seu emprego, porque ó final falaron de todo pero non falaron do que importa. ¿Van apoiar a economía e o emprego desta provincia?, ¿van apoiar cun millón de euros o aeroporto de Peinador, para que poidamos seguir sendo competitivos en todos os campos?, esa é a pregunta e non a contestaron vostedes. Lle poderán seguir dando todas as voltas que queiran, todas ou unha máis, pero a resposta é, van apoiar, ¿si ou non?. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Que pobre argumentario lle quedou, que pobre argumentario lle quedou, de verdade, vostede se cre que alguén que o poida estar escoitando, alguén, pero alguén, é que estamos tomando por ignorantes ós cidadáns, vostede cre que alguén que poida estar escoitando a vostede, bueno, aquí hai un público, bueno, pois reducido, pode dicir que nós non queremos colaborar coa cidade de Vigo, queremos que a cidade de Vigo perda emprego, queremos que todo. Vostede, vamos a ver, ¿que considera?, ós cidadáns de Vigo…, é que é un menosprezo absoluto, pero teña un pouco de altura de miras, home, por favor, pero é que, é unha cousa, parece que estamos falando para rapaces de parvulario, é lamentable, cada un que venda o seu apartado da vida política, home, pero hai cousas que xa temos superado, ou, ¿vostede cre que con iso vai conseguir algún voto máis?, ¿vostede cre que con esa demagoxia que acaba de dicir?, bueno, xa non é demagoxia, iso é, vamos, é unha, é un insulto, iso é un verdadeiro insulto ós cidadáns, pero vostedes cren que os cidadáns non teñen máis cabeza que todo iso, a nós nos poden interesar tanto os cidadáns de Vigo como lle interesan a vostede, ou, ¿vostede que cre?, ¿non cre que a vostede lle interesan e a nós tamén?. Pero, ¿que?, utilice outros discursos, ou ese é o lema, é o idioma que lle fala Caballero. Pero, parece mentira, os cidadáns son moito máis intelixentes que todo iso, home, por favor, é que é unha cousa lamentable, é bochornoso, de verdade, escoitar o que aquí se di, algún alcalde, evidentemente, dos que están aquí, vamos, a maioría, eu creo que non saen do asombro escoitando as cousas que se din. Porque eu creo que, no século que vivimos, vostede, evidentemente, debe pensar que os cidadáns comulgan con rodas de muíño ou algo así, pero que cousas, que auténtica barbaridade. O único que estamos facendo con todo isto, xa o dixen, cada vez que vostedes falan e se meteron neste charco, non sei nin a santo de que, porque para meterse neste charco pois o primeiro que había que facer era, temos un problema, que non é un problema de cuestión política, é un problema que temos que intentar resolver e buscar solucións, porque hai intereses privados por medio que ó final son os que se están levando e se van a levar a pasta como sigamos nese dislate, e, a ver, aquí pasou, eu creo que xa o expliquei, había un cidadán, madrileño, que quería vir a Pontevedra un día pola mañá e ó final acabou vindo por Oporto, porque claro, os tres aeroportos que temos en Galicia, os tres tiñan as mesmas frecuencias á mesma hora e ó final acabou vindo por Oporto para vir a Pontevedra. Con iso é o que estamos facendo, beneficiando a un aeroporto, precisamente, que non é galego, e que ó final dá servizo a todos e así nos vai, e así nos vai. Que lamentable, que lamentable o esperpento de defensa dunha cuestión que o único que fan, como digo, é enfrontarse a todo o mundo e ó final non conseguir, non conseguir absolutamente nada. Eu lle digo tamén, que, pobres de vostedes que nunca utilizan ós empresarios, os insultan permanentemente e agora que teñan que utilizar unha carta deles. … o Partido Socialista, si, vostedes son os do progreso e os empresarios son os demonios, os que están só para conseguir diñeiro, e todo iso, e agora veñen aquí cunha carta dos empresarios, home, cunha carta dos empresarios, home, parece mentira, parece mentira, ogallá veña moitas veces, cando vexa algunha carta de empresarios, parece mentira que agora teñan que apoiarse nos empresarios que lle digan iso. Pero se os empresarios o que teñen, como xa se dixo aquí, é que nós temos tres aeroportos en Galicia e temos que buscar unha solución global, aínda que, neste caso, un compañeiro dun medio de comunicación que está aquí dirá, non, dende Pontevedra defenden o aeroporto de Lavacolla. Vamos a ver, pero, ¿pero aquí estamos para beneficiar a un aeroporto noso e prexudicar ó de Santiago, ou a que estamos, a que andamos?. Galicia é unha cuestión conxunta non é unha cuestión de buscar unha solución para un e prexudicar ós intereses de nadie, aquí o que temos que falar é dun problema, que temos tres aeroportos en Galicia e que é un craso error e que o terceiro, é un craso error, e que o terceiro se construíu precisamente por ese señor que se chama Caballero, que el foi quen, dalgunha maneira autorizou a construción do aeroporto, neste caso, de Alvedro, esa é a realidade, pero iso é historia e agora non nos leva a nada. Polo tanto, hai que discutir do que hai que discutir, de que hai un problema, de que temos que intentar na medida do posible conseguirlle billetes máis económicos para que a xente, que os cidadáns poidan utilizar ese aeroporto porque senón vamos aviados, como diría, evidentemente, calquera cidadán. Polo tanto, eu non sei se por parte do partido do Bloque Nacionalista Galego hai algún comentario que facer. Sra. Veloso. Sra. Veloso Ríos.- Si, moitas grazas. Eu intentarei ser un pouco máis breve que o Sr. Figueroa, porque falaba vostede, Sr. Louzán, de que Vigo empeza a parecerse a Venezuela e isto empeza a parecerse a Cuba, con estes mitins de horas, e ademais para non falar das cuestións das que estamos falando, é que non me estraña de que os deputados e deputadas se despisten e se dediquen a outras cousas, porque acabamos por aburrirnos de oír, durante moito tempo, falar do mesmo, porque, a verdade, é que nós, o BNG, poñeríamos ó Sr. Caballero de alcalde, pero dende logo, é que o do Partido Popular e neste caso o do Sr. Figueroa co Sr. Caballero é unha auténtica historia de amor, non parou de falar del, estivo falando constantemente do Sr. Caballero, de toda a súa historia, de se é fillo predilecto da Coruña, isto é un problema global pero ó final o problema é que sexa fillo predilecto da Coruña, é que, realmente, non se entende nada, non se entende nada, estamos escoitando contradicións permanentes e estamos mesmo cuestionando, falando de se a intelixencia das persoas, a intelixencia da cidadanía, eu creo que deberíamos falar un pouco máis da nosa, e falar un pouquiño máis da nosa intelixencia, para que estamos aquí, de que temos que falar e de que falamos realmente. E, eu creo que rapaces de parvulitos os cidadáns non son pero nós ás veces parecémolo. Porque aquí non se falou de nada do que se tiña que falar e estamos oíndo constantemente que estamos agardando propostas concretas, nós tamén estamos agardando propostas concretas e esixíndolle propostas concretas ó Partido Popular na Xunta e no Estado e aínda non vimos ningunha. O Sr. Figueroa acaba de ensinarnos unha proposta concreta do Partido Popular que ten para o aeroporto de Peinador, para discutir unicamente no concello, podía traela aquí, tamén, e así podiamos vela todos, ademais dos deputados de Vigo e tamén os deputados de Redondela e de Mos, porque tamén o aeroporto está en Redondela e en Mos, podían velo os deputados e deputadas do resto da provincia e podían debatilo e nos saltabamos ó Sr. Caballero e discutíamos as cousas noutros foros, noutras administracións, onde hai que discutilas e non se está facendo, onde hai que dar propostas concretas e non se está facendo, como pode ser aquí, pero, evidentemente, fundamentalmente na Xunta de Galicia e fundamentalmente no goberno do Estado, que é quen ten as competencias. E vostedes falan de que o Sr. Caballero está creando unha cortina de fume que a vostedes, precisamente, non lles vai nada mal, porque á costa de falar, non sei canto tempo, porque a verdade nin mirei o tempo que levabamos escoitando ó Sr. Figueroa, de falar todo o tempo do Sr. Caballero, vostedes non falan de que está facendo o Partido Popular coa situación dos aeroportos galegos, e vamos globalizar o problema, vamos falar da situación dos aeroportos galegos e así queda claro que a competencia é de quen é, non é do Sr. Caballero. E, ¿que está facendo o Partido Popular?, non está facendo absolutamente nada, e non está tampouco tratando con igualdade ós aeroportos galegos, porque tratar con igualdade é darlle a cada un deles o que necesita, non é repartir os cartos por igual. Por poñer un exemplo, cando o BNG presenta no mes de xuño no Parlamento Galego unha proposición non de lei, o Partido Popular proponlle introducir nesa proposición que haxa, na liña do que xa dicía o Sr. Feijoo, que fose un só aeroporto con tres terminais, propoñía que houbese un só director para os tres aeroportos e que fose precisamente o director de Lavacolla. Bueno, é que, vamos poñer as cousas claras, vostedes aquí están utilizando este tema, evidentemente, coma unha cortina de fume, os dous partidos, e ningún deles está poñendo propostas que realmente vaian sacar ó aeroporto de Peinador da crise que está atravesando. E non están asumindo as súas responsabilidades, nin o alcalde de Vigo nin o goberno da Xunta nin o goberno do Estado, non as están asumindo, ¿por que?, porque atoparon a pedra filosofal, atoparon o negocio redondo, o negocio completo, privatizarnos os servizos públicos, privatizarnos todos os transportes, privatizarnos tamén o transporte aeroportuario e ademais lles damos cartos públicos ás empresas privadas, o negocio redondo, o negocio redondo, e iso é o que están promovendo vostedes tamén. Se queremos deixarnos desta lea de falar constantemente de se o aeroporto de Vigo, o alcalde de Vigo e o aeroporto de Peinador e vamos falar das cousas en serio, porque esta historia repítese, esta historia repítese, agora é Peinador, pero poderíamos falar do Porto de Vigo, que non é porto nodal, precisamente disto non fala ninguén, porque non lle convén nin ó Partido Popular nin ó Partido Socialista, porque os dous teñen responsabilidades de que o porto de Vigo non sexa porto nodal e sexa un porto secundario da rede transeuropea de transportes, os dous, o Partido Socialista e o Partido Popular, por iso esa cuestión que si é realmente importante para Vigo e para a provincia de Pontevedra non é un debate político público, porque non lles interesa. Tampouco falamos de cómo está o transporte ferroviario, nin sequera o transporte interurbano, non falamos do transporte entre Baiona e Vigo, ou entre Baiona e Gondomar, non, diso non falamos, falamos do Aeroporto de Peinador, porque é o que a vostedes lles convén para manter esta cortina de fume, para manter este debate absurdo, que non soluciona en absoluto a situación do aeroporto de Peinador, e para seguir ocultando que vostedes non están facendo nada para salvar o aeroporto de Peinador nin dende a Xunta nin dende o goberno do Estado. E miren, nós é que xa estamos fartos de votar no concello de Vigo propostas para arriba e para abaixo, evidentemente, o Partido Popular nunca votou en contra de nada, votou a favor agora desa axuda, unha axuda que aquí critica, aquí critícaa, aquí esa axuda non vale, é prexudicial, é un problema que ten o alcalde pero vostedes votaron a favor e do resto nunca votan en contra, nin en contra nin a favor nin nada, nin nada absolutamente. Porque xa sabemos como goberna o Partido Popular e por iso, precisamente, porque sabemos como goberna o Partido Popular e porque sabemos cales son as consecuencias, non só para os aeroportos, que non é o máis importante, senón para a cidadanía, sobre todo a que o está pasando peor neste momento, por iso non gobernan en Vigo, precisamente por iso, e porque non tiñan, evidentemente, os votos para gobernar. Sr. Presidente.- Sra. Veloso, é que de vostedes non podemos falar porque non existen, e non falan, de vostedes non fala nadie porque non existen, están, colocaron aí ó Sr. Caballero e é como senón existiran, a partir de aí desapareceron, e entón, como van a falar de vostedes, ¿como van a falar de vostedes senón existen?, non existen, desapareceron, colocaron a Caballero, vamos a ver cales serán os resultados nas próximas, home, eu pódolle dicir que o resultado noso andou moi cerca da maioría absoluta, pero eu xa falei do aeroporto, vostede tampouco non falou nada do aeroporto, falou non sei que, non sei canto, non sei canto máis, pero do aeroporto non falou nada, vostedes dixeron que presentaran no Parlamento un decálogo de medidas, tal, tal, a verdade é que, se a vostedes os poñemos a gobernar este país, ¡madre mía!, ¡sería la repera, la repera, la repera!. E claro, e despois, non é que estean falando o Partido Socialista e o Partido Popular, pero claro, como non van a falar o Partido Socialista e máis o Partido Popular se vostedes non existen, e máis tiñan a chave, tiñan a chave, pero entregáronlle a chave e chao, e marcharon, hasta luego, ¿onde vai o portavoz?, ¡ah, bueno!, o do Bloque Nacionalista Galego non sei se está, marchou, bueno, agora vostede, pero ata agora estivo de vacacións, non se sabe onde estivo. Entón, claro, vostede quere que se fale pero para poder falar hai que ter un partido que estea vivo, e vostedes están desaparecidos, ¿me comprende?, entón, claro, séntese molesta, é unha cortina de fume entre o Partido Popular e o Partido Socialista, é que vostedes non existen, non existen, a ver se o entenden, polo tanto, esa é a realidade. En todo caso, podemos seguir falando agora o tempo que sexa necesario. O Sr. Figueroa quererá apuntar, pero o que pasa é que non creo que lle dera moitos datos aí o Sr. Santos Héctor porque non dixo tampouco nada, pero bueno, se quere contestarlle. Ten vostede a palabra, Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Non, a min me sorprende que non queiran debater sobre o problema real, claro é moi complicado escoitar as evidencias, a realidade do que pasou e o escenario que tivemos, porque vostedes cando gobernan destrozan o que o Partido Popular constrúe e claro, o Sr. Santos Héctor, home, lle bota un pouco de, non vou a dicir a palabra, de cara, de cara de dicir que a situación deste país é a que é gracias a que non sei que. Miren, vostedes arruinaron este país, nos deixaron unha herencia, unha herencia que aí está e co tema do aeroporto de Peinador pasa exactamente igual, a miña pregunta é, ¿que xestións fixo o alcalde durante seis anos para potenciar Peinador?, dígamo, os catro primeiros anos, dígamo, o Bloque que fixo, co alcalde, porque eran goberno en Vigo, para que non houbera descenso de pasaxeiros, ¿fixeron algo?, non, cando gobernaron na Xunta, ¿que fixeron?, pois lle deron diñeiro a Santiago e a Alvedro, que aquí está, aquí están os datos e a Vigo cero euros. E non quero falar de máis cuestións, da Fundación Pro-Vigo, do que houbo que pagar da Fundación Pro-Vigo, dun pufo que había de 400.000 euros con Clickair, que algún día se queren falamos, falamos desa xestión magnífica no ano 2009-2010 con Clickair, que se deixaron de abonar 400.000 euros e cando veu a Xunta de Galicia tivo que pagalos e aboalos, diso falamos e esa é a cuestión. ¿Como din vostedes que non queremos falar do aeroporto?, claro que queremos falar do aeroporto pero o aeroporto non é só o aeroporto non é só os vuelos Vigo-Madrid, Vigo-Barcelona, máis Vigo-París ou Vigo-Londres, é o transporte metropolitano para que vaian, é que Vigo poida ter unha demanda turística para que o Palacio de Congresos poida funcionar correctamente e non estea arruinado por culpa de vostedes, da nefasta xestión que levan vostedes a cabo con ese proxecto, é para potenciar o turismo, é para que non cheguen cruceiros a Vigo e ás 9 da mañá estea a oficina pechada, a vostedes iso non lle preocupa, é para que se un señor se ten que coller un taxi no aeroporto de Peinador non pague o mesmo indo a IFEVI que indo ó centro da cidade. ¿Fixeron algunha xestión?, non, é para que as liñas dende o centro de Vigo de transporte urbano poidan facilitarse e ter un prezo razoable, é para que o transporte metropolitano poida ter cabida, é que unha persoa que veña de Baiona ou veña de Nigrán vaia ó aeroporto de Peinador porque teña unha cobertura de transporte, non se marche a Santiago porque ó mellor ten máis facilidades, todas esas cuestións, a pregunta é, ¿fixeron vostedes algo para iso?, ¿fixeron vostedes algunha pasarela para conectar o parking do aeroporto de Peinador con IFEVI e que non estea colapsado o parking de IFEVI e Peinador totalmente vacío?, non, é que son moitas preguntas, moitas preguntas, e, ¿quen lle imposibilitou a vostedes de dar diñeiro para o aeroporto de Peinador?, os seus socios de goberno que non llo aprobaron nun presuposto o tema de Londres, que llo mandaron retirar do presuposto, non foi o Partido Popular, a ver se o Partido Popular dende a oposición vai a ter a culpa das xestións, o que pasa é que vostedes dedican o diñeiro a outras cousas, a publicidade e propaganda, cando queiran falamos diso, na manifestación si que gastaron unha pasta importante, iso si con megafonías e altavoces e tal e vostedes non teñen esa maioría política e déanse conta dunha vez, que non a teñen, que non a teñen, e o aeroporto de Peinador necesita xestión e claro se o alcalde de Vigo di que a gran xestión é recuperar a Iberia, que Vueling vai a funcionar mellor, que recupera o vuelo de Londres e resulta que con Volotea nos presenta unha proposta magnífica e agora na última reunión dito por el, dito por el, todo está cuestionado. ¿Que é o que nos queda ós demais?, ¿vén vostede a pedir aquí?, a ver, a pregunta é, Sr. Santos Héctor, ¿para que quere o millón de euros?, díganolo, preséntenos un documento, ¿para que quere un millón de euros?, ¿un millón de euros para que, si, para pagarlle a quen?, ¿hai algún proxecto concreto?. É que non hai nin unha proposta concreta, firmada, ningunha, ese é o debate real, dígame vostede, ¿cantas propostas hai firmadas coas compañías e concretadas en convenios e con tipos de axuda cerrado?, dígamo vostede, alguén se o sabe que o diga porque esa é a realidade do debate, piden diñeiro pero ¿para que?, ¿ese é o discurso que queren vostedes?, pois sigan vostedes nese discurso, pero a pregunta lla vamos a facer despois ¿cantas compañías?, non dirán despois como a Xunta Goberno non nos dou diñeiro e a Deputación non nos dou diñeiro non puidemos concretalo, pero se vai a saber todo, se vai a saber todo, porque Volotea é un tema pechado e agora é un tema aberto, eran 12 vuelos diarios ou case diarios ou semanais, agora xa son estacionais, cada tres meses, e ¿que pasou con todas as promesas?. Pero a pregunta é ¿vostedes teñen algún convenio firmado, algunha proposta concreta?. Pero se o alcalde o dixo o outro día na reunión, a Vueling lle dixo mándame o documento de peticións e che remitiremos por escrito se pode ser e canto vai a custar, senón o saben, se eu lle pregunto a vostede agora canto vai a custar a implementación de Iberia e de Vueling, ¿mo pode dicir?, ¿mo pode dicir concreto?. Llo pregunto concretamente, dígamo por favor, dígame todas as xestións do alcalde, ¿cales están pechadas?, é que como non imos a falar do alcalde, entón, ¿de que imos a falar?. Vamos a falar dunha persoa que está xerando unha crispación na cidade e iso é negativo ¿se preocuparon algo do Palacio de Congresos, de dicir aquí temos 20 congresos o día?. Vaian á paxina web do Palacio de Congresos, ¿saben o que di?, non hai programación, un Touroperador que queira operar con Vigo e queira reservar un avión, ¿que di?, senón hai programación, ¿para que imos ir a Vigo?. Home, é que vostedes poñen a un de mala uva, é que é mentira tras mentira, engano tras engano, aquí están, ¿por que lin todo o relatorio?, porque isto é a explicación do que fixeron vostedes e do que fixo o Sr. Caballero con Peinador. ¿Cantas compañías anularon?, ¿cantos incumprimentos houbo?. Pero si hai promesas, hai hemeroteca e lla vou a remitir a todos os medios de comunicación, home, vou a facer un traballo aínda que sexa o fin de semana e llo vou a remitir a todos, se escribiron 290 días deste tema, e hai hemeroteca destes últimos dous anos e as promesas están aquí, están aquí de Frankfourt, de Milán, de Colonia, de todos os lados, e ¿onde están os resultados?, ¿cales son os resultados?. Os resultados é só buscar a confrontación coas demais institucións, ese é o resultado, ese é o resultado, o único resultado que hai, enfrontamento con todos os que están ó lado e iso non pode ser. ¿Os alcaldes teñen algunha conversa con el?, ningunha, é que así non se pode traballar, así é imposible traballar, é imposible facer proxectos comúns, e nós defendemos tanto ou máis que o Sr. Caballero e vostedes o aeroporto de Peinador, porque o demostramos, o fixemos e me cabrea porque é certo, gracias a Air Europa e gracias a Air France se mantivo o aeroporto de Peinador co número de pasaxeiros, outra cousa distinta son as cuestións, porque claro que nós defendemos a institución e canto menos paguemos mellor, canto menos paguemos mellor, porque hai que negociar con eles, porque eles te chantaxean e van ó que van, única e exclusivamente a levar diñeiro e as administracións representamos a todos os cidadáns, e se nós podemos pagar menos, pagamos, se pagamos nada, mellor, mellor, pero a pregunta é ¿que se fixo durante 6 anos?, porque os resultados dos demais están aí, os nosos están aí, eu como primeiro tenente alcalde me sinto orgulloso de haber tido un Presidente da Deputación e unha alcaldesa que apoiou a Peinador e que de oitocentos mil pasaxeiros pasamos a un millón e medio e están aí os datos, rebátano vostedes, rebátano, e ¿vostedes que fixeron?, moita xestión, moita parafernalia, todo mediático, ¿e que?, resultado dun millón e medio a setecentos mil, e imos a ir en picado máis todavía, como non se tomen solucións, e temos un Palacio de Congresos que non dá nin cobertura, é que xa está ben, xa está ben de tanta demagoxia. ¿Que queremos?, ¿defender Peinador ou non queremos defender Peinador?. E con respecto ó Bloque, pois mire, vostedes son os que o puxeron aí, alá vostedes, é dicir, fagan vostedes o que consideren oportuno, voten, non voten, marchen, sexan medios pensionistas, total, xa dá igual porque xa non sabemos o que son, non sabemos se son internos, externos ou medios pensionistas, porque total dá igual, exactamente igual, os van a absorber totalmente pola izquierda e van a quedar, xa son poucos, cada día serán menos. Nós, dende logo, hai unha cuestión moi clara, que si que somos o partido máis votado na cidade de Vigo, con máis de vinte mil votos con respecto ó segundo, están aí os datos, e vostedes non gañaron nunca as eleccións, nunca, sempre gobernan porque pactan, e nós non gobernamos pero gañamos as eleccións, e polo menos, esa é unha satisfacción de que o respaldo maioritario na cidade de Vigo llo dan ó Partido Popular, e nas dúas últimas eleccións nos quedamos a moi pouquiños votos da maioría absoluta, e vostedes agora o que teñen que intentar é recompoñer esa maioría, porque non a teñen, non a teñen, e non lle voten a culpa ó Partido Popular, o Partido Popular está sendo bastante responsable, e o dixo claramente, aínda que non nos guste imos deixar ó alcalde que xestione, imos a deixalo que xestione, nós non lle vamos a por paus na roda como fan vostedes. Vamos a dicirlle, alcalde xestiona, fainos propostas, se son coherentes as vamos a respaldar aínda que a nosa posición é outra totalmente distinta, pero non queremos que nós sexamos o escudo nin o argumento para que o alcalde, a foto do fracaso, dende logo, nós non vamos a estar nela, nós non vamos a estar nela, pero iso si, vamos a darlle liberdade para que actúe o alcalde, a ver cales son as xestións do alcalde, porque agora non pode dicir o alcalde que o impedimento é o Partido Popular, supoño que non o dirá, e hoxe vostede nos trae aquí, ¿que proposta nos trae?, sexamos serios, ¿que nos trae vostede?, que lle dean un millón de euros, e, ¿por que non dous?, ¿ou tres?, ¿para que é ese millón de euros?, ¿nolo pode dicir?, ¿nos pode concretar para que é?, ¿para que voos é?, ¿para que liña aérea?, ¿para que liña é?, ¿nolo podo dicir?. A ver se nolo di. Porque aquí dicir un millón de euros, ou dous, ou tres. Bueno, eu creo que este debate xa está demasiado prolongado, polo tanto, eu pido desculpas se me estendín, pero, realmente, eu creo que merece a pena, merece a pena saber en que posición estamos cada un e o escenario, Sra. Veloso, non se pode mentir permanentemente, as hemerotecas están aí, e sobre Peinador non se pode estar mentindo permanentemente, porque hai que darlle solución, hai que darlle solución, hai que dar solucións e non se están dando solucións. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. ¡Ai, perdón!. Sr. Figueroa Vila.- Nós consideramos que hai un Comité aeroportuario galego, que ten que funcionar, que están os representantes de todas as administracións implicadas, e que creo que este tipo de debates, dende logo, nós vamos a intentar facelos na nosa cidade, evidentemente, pero vamos a trasladar todas as propostas que remitamos á cidade ó Comité aeroportuario galego, porque consideramos que senón buscamos a unidade de todos, o consenso e buscamos a complementariedade, a coordinación e a especialización, dende logo, non hai futuro, porque o único futuro está noutro país, en Oporto, porque nos vai gañar esa batalla, polo tanto, eu creo que, se queremos ser sensatos todos, dunha vez, recompoñer esta situación, fagámolo, pero ten que haber alguén que coordine a todos. Eu creo que no Comité aeroportuario están os alcaldes das cidades que as representan perfectamente, está Aena, está a Xunta de Galicia, están os técnicos, e, dende logo, eu creo que a presión que poidamos facer, tanto politicamente como socialmente, eu creo que pode ser o camiño a buscar a coordinación e a buscar a unidade de todos. Se o queremos facer o que queira que o faga, nós, dende logo, pensamos que esa é a dirección, que esa é a liña, e dende logo, que aí se fale do que se teña que falar, e, Sr. Santos Héctor, Vigo e o alcalde vai a ter ó Partido Popular apoiando, sempre que sexan posturas coherentes, razoables e con criterios argumentados e dende logo con propostas moi concretas que é o que temos que facer, porque o demais, xa ve vostede que non nos sirve para nada, porque se ó final o único que serve é para trasladar unha noticia e ós quince-vinte días, un mes ou dos meses, esa noticia se desmonta totalmente por si sola, evidentemente, eu creo que estamos facendo un flaco favor. Polo tanto, esa é a postura do noso grupo, que vamos a seguir mantendo e vamos a traballar para que a defensa de Peinador sexa de Vigo, das Rías Baixas e da provincia de Pontevedra, que estamos falando doutros sectores estratéxicos como é o turismo que non podemos olvidalo. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Figueroa. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Bueno, moi breve, me imaxino que para pechar, pecharei eu que son o que promovín a moción. Algunha cuestión, eu creo que o que podía acordar este Pleno é poñer a disposición o millón de euros para Peinador supeditado a ese, ó que vostede plantexa, nesa Comisión, eses acordos e eses convenios, precisamente, para dinamizar, o que poño na moción, o que poñemos na moción, é dicir, supeditado con plan de dinamización do aeroporto de Peinador, así de claro, porque mire, falamos de Lavacolla, falamos de Alvedro, e se fala a favor de Lavacolla e a favor de Alvedro, pero non se fala a favor de Peinador. Hai declaracións, eu non as quería traer aquí, declaracións recentes do Presidente da Deputación de Pontevedra que din, ¿que facemos con Lavacolla se se vai Ryanair?, ou outra que di, Louzán xustifica a axuda a Ryanair porque representa o 60% da actividade de Lavacolla, claro, é dicir, para os demais Comité de rutas, pero mentres hai Comité de rutas Lavacolla segue con subvencións, Alvedro segue con subvencións e Peinador non ten subvencións, co cal, cando chegue o seu momento pois este estará pechado, dentro dun ano ou dous estará pechado, porque miren, miren, discutir no Comité de rutas se uns teñen voos turísticos, se outros teñen voos de negocios, pero non hai cartos, que máis dá, é dicir, se ningún deles ten axuda, pois listo, cada un, o que sexa máis espabilado, teña máis cercanía e teña máis pasaxeiros. Pero claro, pero a realidade é a que é, que ese Comité de rutas non fala de axudas, fala de, é dicir, bueno, Vigo voos de non sei que, Alvedro voos de non sei canto, Santiago voos de non sei canto, e mentres e tanto iso non se recibe seguen a recibir axudas e Peinador non. Eu o que boto de menos neste Pleno da Deputación é menos cariño con Alvedro e Lavacolla e un pouco máis de cariño co aeroporto de Peinador, traducido, traducido, noutras palabras, como foi ó longo do debate, porque eu non quero falar tampouco da propia Aena que desmonta a centralidade de Lavacolla, é dicir, eu creo que aquí pretender escudarnos no Comité de rutas ou na importancia de ver a Galicia como un todo é prexudicar a Peinador, non hai outra. Entón, a nosa proposta segue firme, de que a Deputación se comprometa a colaborar economicamente co Plan de dinamización do aeroporto de Peinador, que fixe esa cantidade, un millón de euros, que poden ser novecentos mil ou un millón cen mil, pero en todo caso axustados para iso. Esa é a proposta e se queren vostedes supeditalo a que haxa eses convenios firmados, pois supedíteno a iso, pero eu creo que é bastante claro o que se vén a propoñer aquí, que é unha infraestrutura importantisima para esta provincia, para a súa economía e para o seu emprego e que precisa do apoio económico tamén da Deputación de Pontevedra. Pola nosa banda nada máis, creo que queda xa ben debatido, explicado, e que se poida contar cos votos de toda esta Corporación. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Por alusións, home, por alusións, acaba de dicir que eu fixen unhas declaracións, que ademais está aí o autor dese titular, que é o Sr. Alberto Blanco, me parece que está aquí, …, vostede non estivera naquela rolda de prensa en Vigo onde eu falei co Sr. Blanco durante, non sei, corenta e cinco minutos debeu durar a rolda de prensa, e ó final, non, non, que son titulares que eu dixen, si, si, pero escoite, si, si, son titulares que eu dixen e que el como, eu creo que neste sentido, teño que dicir a verdade, erroneamente busca polémica nese tema, cando, eu vouno a seguir dicindo, porque eu teño responsabilidade e sentido de responsabilidade. En Santiago hai un aeroporto, que si é certo, pois que o día que probablemente se vaia Ryanair de alí, ese aeroporto fastuoso que construíu un señor chamado D. José Blanco, pois haberá que cerralo, ¿que lle parece?, é un compañeiro seu, haberá que cerralo, e eu lle trasladaba neste caso ó Sr. Blanco, facía esa reflexión con el, con isto non quere dicir que eu non estea en contra de axudar a Peinador, porque, de momento, de momento teño que dicirlle que o apoio do Partido Popular da Deputación é coñecido e é demostrable con feitos, o seu e o do Sr. Caballero “se le supone”, porque de momento o único que hai con vostedes son datos negativos, con nós os feitos están aí e os feitos falan. ¿Que pasa?, que neste caso pois el colleu ese titular para seguir afondando na polémica, oe, pois eu, e máis remítome ás miñas declaracións, que son así, fixen esa reflexión, como tamén digo que vostede insistía en que A Coruña ten axudas, oe, o alcalde da Coruña, erroneamente, colleu e firmou un convenio de catro millóns de euros, erroneamente, e é un compañeiro meu de partido, erroneamente puxo catro millóns de euros para unha compañía que a nós os mesmos voos nos custou practicamente cero, durante sete anos, cero, e a el custoulle catro millóns de euros. E esa é unha realidade, probablemente aí o Sr. Alberto Blanco tomará moi boa nota disto e porá ese tema, pero esa é a realidade, esa é a realidade, entón, pois hai cousas que non se poden obviar, e iso é así, e nós temos tres aeroportos en Galicia, cometemos un erro de vulto, todos, e iso debemos culparnos todos, de que ningún dos tres aeroportos está conectado coa a alta velocidade. Estamos construíndo unha liña de alta velocidade e ningún dos tres aeroportos de Galicia está conectado coa alta velocidade, e ese é un erro de vulto, de vulto, que temos que asumir os partidos políticos en Galicia, e todos os que nos están vendo con esta polémica absurda, dende fóra no fondo se están escarallando de risa e o único que se beneficia aquí é Oporto, e cada vez que Caballero fala, volvo a reiterar, sube o billete, neste caso, para utilizar unha compañía aérea en Vigo, cada vez que el fala deste tema sube o billete. E así estamos nunha subhasta permanente, nos estamos equivocando, nos estamos equivocando, pero bueno, se vostedes queren seguilo facendo así, xa os cidadáns dirán, e dirán, evidentemente, se isto, esta polémica estéril, que non nos leva a ningún sitio, senón a polémica de dialogar, de sentarse os alcaldes e os actores económicos neste tema para intentar buscar, se é posible, unha solución, que tamén hai que dicir a verdade e xa se dixo aquí, que estamos diante de compañías privadas, empresas privadas, que van a buscar lo suyo, van a buscar lo suyo e non van a mirar os intereses de nadie, van a mirar os intereses dos números da súa conta de explotación. E polo tanto, esa é a realidade e vostedes queren meterse niso, poñendo diñeiro público, bueno, pois alá cada un, alá cada un con su actuación. A nosa, neste caso, está clara e polo tanto nós falamos dos feitos, dos feitos, e a nós se nos coñece polos feitos, a vostedes, na defensa desta cuestión, “se les supone”, porque de momento feitos nos que haxa relación coas compañías aéreas non hai ningún. Vamos a proceder á votación desta moción do Partido Socialista. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos, en contra da Moción, do PP, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE en relación co Plan de dinamización do Aeroporto de Peinador. 6.6395.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- Seguinte punto da orde do día. Asuntos fóra da orde do día. Non hai nada. Non houbo. b) Parte de información e control: 7.6396.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Punto 7. Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Si, dar cuenta de los extractos de Resoluciones Presidenciales entre el 10 y el 23 de setiembre de este año. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 10 e 23 de setembro do ano 2013 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 8.6397.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e Preguntas. Antes tamén, creo que me mandaron un informe por aquí, do servizo de persoal, en relación á pregunta que se nos facía en relación á Sra. López Arines, de se había prestado servizos aquí nesta institución, e se di con efectos do 1 de decembro ata o período de finalización do seu contrato, que foron seis meses; e que proceso selectivo se fixo para iso, a través do Servizo Público de Emprego e quen estivo, ademais, na súa selección, o Arquitecto Provincial, técnicos do Servizo de Recursos Humanos, así como tamén un Arquitecto técnico. Esta era en relación a unha pregunta que se nos fixo fai, non sei, dous meses ou algo así, e se substituía algunha praza ou algo así, parece que poñía, en principio non substitúe a nadie senón que hai un técnico que había nese departamento que se xubilou e que polo tanto o seu contrato laboral, neste caso laboral coa institución, rematou, pois, dende decembro, no mes de maio, aproximadamente. Máis preguntas. ¿Algún rogo?. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Visto o debate preguntábame ó principio do debate se o iamos ter, o aeroporto en Pontevedra, creo que case vai ser unha vantaxe non telo, ¿non?, digo, ¿non?, porque á parte, igual estaba en Pontevedra, igual estaba en Vilaboa, vai ti a saber, noutro lado, menudo lío, ¿non?. Quería facer unha reflexión a propósito diso, moi breve, que teño, é unha cuestión familiar, cuestión familiar de un, bueno, familiar que estivo coa pesca en Namibia, en Sudáfrica, e intentou traela en avión, en fresco, a Galicia, e resultou imposible, ou foi a Zaragoza ou foi a Vitoria, pero mentres tanto seguimos debatendo sobre os, un pouco sobre o sexo dos anxos, bueno, era unha puntualización. Eu quería preguntar, era unha cuestión referida a un convenio asinado co concello de Pontevedra, para o acceso a Montecelo, que en principio anunciou, hoxe o vimos na prensa, de que ía a licitar o proxecto pero a adxudicación do proxecto creo que non está feita, ou está, ou ¿como vai iso?, porque senón iremos así un tanto mal de tempo, xa hai unha transferencia do concello de Pontevedra a aquí, é dicir, que nese aspecto non hai ningún problema, pero non sei como andaremos de tempo, ou se está adxudicada ou non está, porque non din topado nas Resolucións a adxudicación se é que a houbo. Sr. Presidente.- Bueno, en principio a información que teño, ademais relativamente moi recente, por parte do técnico de Infraestruturas, é que tivo unha reunión cos técnicos do concello, non sei se esta semana ou incluso a semana pasada, polo que, eu creo que hoxe é venres, falamos o luns, martes, desta semana, e lle preguntarei tamén como está o encargo da redacción do proxecto, porque era o que tiñamos en cuestión para despois de maneira ademais urxente proceder á súa licitación, que creo que é o importante, que esa conexión para Pontevedra é vital, e máis agora coa nova licitación que vai facer a Ministra de Fomento, cumprindo con Pontevedra, pois creo que tamén esta axudaría, definitivamente, a mellorar as comunicacións interurbanas de Pontevedra e a súa área de influencia, ou sexa, estea tranquilo que me vou a procurar enterar ben, pero a última información que eu teño, que a última reunión cos técnicos do concello de Pontevedra se acaba de producir, pois, non sei se ben esta semana ou a semana pasada. Sr. Cacabelos Rico. Sr. Cacabelos Rico.- Si, gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Eu, quería facerlle unha pregunta relativa ó Plan E da Deputación, o Plan E, coñecido na Deputación como PID, Plan de Inversións da Deputación, pero bueno, que vén a ser o Plan E que tanto criticaban da época do Sr. Zapatero, e tampouco é Plan E, xa me corrixo eu mesmo, porque o Plan E o xestionaban os propios concellos, todos os proxectos, toda a financiación, e aquí é a Deputación a que ten a potestade de executar ou non esas obras. E diso é do que lle quero preguntar e do que quero falar. Hai obras do ano 2011-12, que están sen executar, é por todos coñecida a alerxia que ó Sr. Louzán lle producen os concellos gobernados por partidos que non sexan o Partido Popular, e aquí hoxe quero preguntar, ¿que está pasando?, ¿por que non se executan obras en concellos como o da Illa?, que non está gobernado polo Partido Popular, que ten obras do ano 2012 do PID sen executar e que non se sabe nada delas, ¿que pasa coas rebaixas nas adxudicacións desas obras?, ¿en que se van a adicar no concello da Illa as rebaixas da adxudicación desas obras?, ¿cal é o plan de actuación que se vai a facer?. Como hai obras que non se executaron, entendemos que hai cartos dese plan que no ano 2011 e ano 2012, que están sen utilizar, ¿que se fai?, se trasladan ó ano 2013, se utilizan para o 2013 para ter a cantidade que fai pouco aprobamos ou se aprobou fai pouco nun Pleno. ¿No 2013 vai pasar absolutamente o mesmo?, ¿van a estar os concellos sen executar esas obras por parte da Deputación?, libre alvedrío do Sr. Presidente que se executen ou non se executen. E, o curioso, pensaba un que soamente era nos concellos non gobernados polo PP, pero a pouco que empezas a preguntar hai concellos, como no meu no Grove, que hai obras do ano 2011 que tampouco executaron. Polo tanto, este Plan E da Deputación é lamentable Sr. Louzán. Así pois, pregunta, ¿cando se vai executar as obras do PID 2012 da Illa?, ¿que se vai facer coas rebaixas das adxudicacións?, ¿cal é o plan de execución que ten?, e, se vai pasar o mesmo co plan PID de 2013. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Cacabelos. Bueno, dicirlles, xa que vostede fala do Plan E, a verdade é que me dicían os alcaldes agora que están devolvendo o diñeiro do Plan E, pero con intereses, porque na devolución que lle toca, que lle está tocando á maior parte dos concellos, resulta que as contas de anos de atrás sáenlle a devolver, polo tanto esa ocorrente imaxinación que tivo o Sr. Zapatero, podo poñer aquí o exemplo de Valga, que, por exemplo, ten que devolver nada máis e nada menos que 120.000 euros ó ano, pois, se deron conta, claramente, de que foi un fracaso, verdade, ademais xa había nacido para crear emprego e o que creou é miles de parados. Bueno, en todo caso, é que a pregunta xa a contestaba vostede mesmo, non é que haxa ningún concello en particular, a Illa de Arousa, e hai o Grove, con algunhas cuestións, que ó mellor tiveron algún problema dende o punto de vista técnico, porque se lle pediron a corrección dos proxectos, etc., pero en todo caso o plan está actuando ou está funcionando con absoluta transparencia, con máis ou menos rapidez, nalgúns casos hai, podería ser máis áxil, sen dúbida, pero, en todo caso, está funcionando ben, por iso que eu non teño nada nese sentido, falei co alcalde da Illa fai, onte, concretamente, e non me dixo nada, si mo dixo publicamente, que estaba en licitación esa obra e polo tanto está en licitación pendente da súa adxudicación, ou sexa, que non hai, en principio, ningún outro problema, porque ademais se fora unha actuación contra alguén, que non o é, porque xa digo, hai de todos os partidos, que hai obras de atrás, hai obras, concretamente en Tomiño, que sufriu os retrasos porque o concello variou o proxecto, e pasaron varias cousas, e sen embargo mantivemos a cantidade económica inicial e non pasou absolutamente nada, ou sexa, que nese sentido non hai, xa digo, nada que reprochar, pero intentaremos ser máis áxiles no que se refire a esa execución, se fose así, eu o revisarei e o mirarei. En todo caso, a todos, como non hai nada máis, moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)