ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.799
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2013/08/02_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.829/1.2013-08-02_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2013/08/02_Extraordinaria

  • Data(s) 2013-08-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 41 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 2 de agosto do 2013 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día dous de agosto do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten Don Alberto Valverde Pérez (PP) nin Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días. Quería que antes de comezar esta sesión, dicía, que antes de comezar esta sesión extraordinaria, que gardáramos un minuto de silencio polas 79 vítimas do accidente ferroviario de Santiago. Minuto de silencio. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Se escoita?, temos aquí un sistema distinto, pero bueno, intentaremos que se nos poida escoitar por aí. Fai un pouco de eco. É que nos falta aquí o outro aparato. 1.6371.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- A ver, o primeiro punto é a aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de xuño de 2013. Non sei se hai algunha cuestión, senón hai nada se aproba. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de xuño de 2013. a) Parte resolutiva: 2.6372.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 2/2013 Sr. Presidente.- O punto número 2. Resolución de alegacións e aprobación definitiva do expediente de modificación de créditos nº 2/2013. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, bos días. Gracias Sr. Presidente. Repetir o que xa manifestamos na Comisión Informativa, que non estamos de acordo coa resolución de, onde desestiman a nosa alegación, porque realmente a nós nos foi facilitada unha documentación despois de celebrar a Comisión Informativa do 21 de xuño, onde se fai, por parte do goberno da Deputación, se fai unha exposición onde din que vai haber unha modificación de crédito en torno a trinta millóns de euros, e que basicamente se van a distribuír 15 millóns de euros para investimentos e 15 millóns de euros para plan de emprego, para amortización de deuda, perdón, 15 millóns para amortización de débeda e 15 millóns para investimentos. Recabando esa documentación, efectivamente, así figura, ademais co número de expediente 02/2013, e figuran, efectivamente, os remanentes aplicables e tamén a onde van esas dúas partidas. Iso foi un venres 21 e o seguinte xoves nos enteramos polos medios de comunicación que o goberno da Deputación modifica, co mesmo número de expediente, 02/2013, o destiño das partidas, en concreto mantén quince millóns para investimentos e os 15 millóns que ían para amortización de débeda, queda en 8 millóns para plan de emprego e 7 millóns para amortización de débeda. Ben, nós cremos que non pode haber dous expedientes iguais e ademais se vulnerou un pouco, xa non só as formas deste Grupo Provincial do Partido Socialista de non ter acceso á documentación, e tamén, cremos que o fondo, iso nun óbice que posiblemente se nós houbéramos feito alegacións a como foi o reparto, moi posible, moi posible, faríamos unha modificación tamén no xeito de que houbera menos amortización de débeda e unha parte importante dela destinada a plan de emprego. Polo tanto, o que pedimos é que, en próximas modificacións, poder o grupo ter acceso á información previa á celebración das comisións, que no caso de que haxa modificación dende esa celebración desa comisión ó propio Pleno, porque despois vemos na acta que foi unha modificación feita in voce no Pleno, pois que podamos, neste caso a oposición, ter acceso a toda esa información para poder dalgunha maneira aportar ou alegar en tempo e forma o que neste caso presenta. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Moi bos días a todos e a todas. Bueno, parece que temos peor voz que os que antes estaban probando a megafonía, que antes escoitei que funcionaba, pero bueno, hai unha cuestión non relacionada co punto pero si relacionada coa megafonía, que é a situación na que estamos aquí. Témolo dito mil veces, o teño dito mil veces, que estes asentos son terriblemente incómodos, mire a posición en que hai que estar para poder falar, e non digamos se é unha persoa de pouca talla, home, agora creo que si, non sei se a megafonía tiña moitos problemas e se cadra pois pode ter en conta, digamos, a situación e intentar cambiar isto, da maneira máis barata posible, pero dende logo a incomodidade é moi alta. Queda aí, queda dito a proposta. Sr. Presidente.- Si, son consciente e razón creo que non lle falta. Sr. Mosquera, gracias. Sr. Mosquera Lorenzo.- Hai uns cantos anos que levo escoitado iso. Bueno, a ver, perseveraremos, perseveraremos a ver se dá bo resultado, bueno, con respecto á aprobación do expediente de modificación de créditos. Polas razóns coñecidas o debate no Pleno non se produciu e, obviamente, a modificación de crédito, que estamos falando dunhas cantidades moi significativas, porque neste caso son máis de 30 millóns de euros, é algo extremadamente relevante, pois terán que recoñecer que, bueno, deron uns cantos bandazos, fixeron algunha chapucilla, verdade, ou improvisación, como lle queiran chamar, cando na Comisión presentaron unha modificación, que non nos deron nin copia, só verbal, despois no Pleno a cambiaron e hoxe vólvena a cambiar. Ben, conste isto porque é así e porque vostedes saben que parte dos que están aquí, se alguén lle fixera iso montarían un follón dos bos porque non se cumpriron as formas e demais. Pero mire, os cidadáns, en política o que importa é o fondo, e o fondo, pois, aínda que as formas tamén teñen a súa importancia, pero o fondo neste caso é que esta casa, a Deputación de Pontevedra e o goberno desta Deputación, está facendo un exercicio de responsabilidade adicando estes case 31 millóns de euros, máis de 31 millóns de euros, non son case, case 31 millóns, a intentar paliar os efectos terribles que está padecendo a sociedade a través dun plan de emprego, maioritariamente, a través dun plan de emprego e de 15 millóns para actuacións e obras nos concellos. E estao facendo, nun exercicio de responsabilidade, saltando, declarándose insumiso ou como se queira chamar, esta Deputación, as normativas absolutamente disparatadas que o goberno central, motu propio, por imposición da Unión Europea, está pondo. Esta Deputación ten eses cartos, tenos como remanentes e polo tanto, pois, nesta situación o razoable e o responsable é gastalos para dinamizar. E a normativa do Estado resulta que destes 31 millóns esta Deputación non podería meter máis de 5, os outros 25 teríaos que adicar a amortizar débeda e a gardalos nun peto, e isto é o relevante. Polo tanto, vámoslle votar a favor, vámoslle votar a favor, porque se hai, calquera institución, neste caso a Deputación, ten posibilidades de actuar, minimamente, porque non é o volume de, a desfeita desta mal chamada crise, pero a desfeita é tan enorme que non vai resolvelo isto, pero, polo menos, faise un intento, vaise na boa dirección e rompéndolle as ataduras á normativa do Goberno do Estado, que nos gustaría que tamén as outras institucións da provincia, neste caso os concellos que estean na mesma situación, ou sexa, que teñan remanente líquido de Tesourería, en vez de adicalos a amortizar débeda, débeda que normalmente ten uns intereses moi baixos, ou a telos no peto sen ningún destino, pois os destinaran tamén a fins como estes, obviamente, se os teñen, claro, senón os teñen, gastar o que non se ten non se debe facer nunca nin nestas situacións nin noutras. Resumindo, a pesares de que o expediente de tramitación é francamente chapuceiro, o fondo cremos que é bo, cremos que é o que hai que facer aínda que sexa contra a normativa do Estado, e, polo tanto, vamos a votar a favor. Queda pendente, como sempre nestes casos, moitos flecos e un deles bastante gordo, é que se o plan este de investimentos de 15 millóns, que o ano pasado eran 18, e que aínda queda do ano pasado, ou sexa, que estamos falando de bastantes cartos que, os concellos que queden excluídos de entrada, ou sexa, Pontevedra e Vigo, pois, queda pendente que se resolva esa participación pola vía de convenios ou outras actuacións puntuais da Deputación, de acordo cos concellos, para que non queden absolutamente excluídos, que tamén neses concellos hai dificultades derivadas da situación que estamos a vivir. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bo día a todos e a todas. Esta modificación de crédito quizás sexa unha das modificacións de créditos máis importantes levada a cabo nesta Deputación, nesta Institución. Dicirlle ó Sr. Mosquera que, nas formas está perfectamente levada a cabo a modificación, o que pasa é que, saben todos vostedes que os últimos Plenos, pois, tivemos serias dificultades para celebralos, e bueno, onde se fixo a emenda, a emenda, no propio Pleno, vostedes non estaban, e polo tanto, bueno, pois nós, loxicamente, vamos a explicar cales foron os razoamentos desta modificación e sobre todo cal foi o proceso desta modificación. Esta modificación nace cun importe de 31 millóns de euros, dos cales había tres partidas, dúas partidas importantes, unha para o plan de infraestruturas dos concellos, quince millóns e o resto para amortización. Nós entendemos nese proceso da modificación que era bo, era bo porque así nolo solicitaban, e sobre todo porque a experiencia que estamos tendo cos plans de emprego é moi positiva, pois que era bo, a unha serie de persoas que quedaron fóra, e sobre todo a demanda que se plantexaba, de levar a cabo un novo plan de emprego, un novo plan de emprego, neste caso, por 7 millóns de euros, que foi como quedou formalizado ó final e como ben hoxe á aprobación do Pleno; 15 millóns para o plan de infraestruturas dos concellos e 9 para amortización, e creo que isto é o relevante, o relevante sobre todo por tres aspectos fundamentais, porque estamos levando a cabo o que nós xa dixemos no noso discurso dos presupostos, o noso discurso do presuposto, se vostedes o recordan e van á hemeroteca se darán conta que falabamos que a Deputación estaba marcando un camiño, un camiño con rigor, un camiño con austeridade, un camiño con boa xestión, un camiño intentando facer máis co que temos, e fomos os primeiros en intentar adelgazar a administración, vostedes o saben, que se opuxeron ó tema da incorporación dos organismos autónomos, que por certo, quero resaltar hoxe aquí e aproveitar para dicir que foi unha decisión acertadísima, que se está traballando moito mellor na parte administrativa e por suposto, tamén, nos recursos que se tiñan en cada un dos organismos autónomos se están utilizando pois con maior eficiencia e maior eficacia. Polo tanto, xa empeza a dar os primeiros frutos, pois, esa decisión que se tomou hai sete meses no último Pleno da Corporación, e que creo que é acertada, e que leva tamén, pois un pouco, a esta política que nós estamos levando a cabo de adelgazar a administración. Se está cumprindo co obxectivo de déficit cero, saben vostedes que nos últimos anos, o futuro, sobre todo de cara ó horizonte de 2018, a previsión que se ten é de non, de non acudir á deuda, e bueno, pois, isto, loxicamente, a que nos leva, a seguir amortizando, este ano vamos amortizar agora con esta modificación 9 millóns de euros, pero xa no presuposto de 2013 temos 14 millóns. Polo tanto, ó finalizar o ano 2013 vamos a falar aproximadamente de 24 millóns de euros, de amortización de débeda, que creo que é un dato, un número moi, moi importante, sobre todo para ir rebaixando pois tanto os intereses como eses compromisos que había coas entidades financeiras de devolverlle os cartos. E aí dixemos tamén que isto, loxicamente, non eran só números nin cifras nin datos senón que era facer política tamén ó carón destas decisións técnicas, administrativas, económicas, como queiran chamarlle. E nós tivemos claro que tiñamos que manter as políticas sociais, as políticas de emprego, as políticas dos sectores que demandan os deportes, e, por suposto, tamén a Cultura, e aí pois, loxicamente, seguimos traballando nesta dirección. Creo que estes datos hai que dalos porque eu creo que son moi pero que moi relevantes, eu creo que ningunha administración, agora mesmo, local, nin ningunha Deputación, eu me atrevería a dicir que a nivel de España, é dicir, é que o estamos ou polo menos intentamos recabar os datos e non aparece ningunha reflexada. Agora mesmo podemos falar de cifras concretas e de datos concretos, que este ano estamos destinando ós plans de emprego 19.291.000 euros, é dicir, case 20 millóns de euros destinados aproximadamente a 2.534 traballadores. Nesta modificación de crédito se aproban unha partida de 7 millóns de euros que van a dar traballo a 720 persoas no plan de emprego cos concellos e a 400 persoas nun plan de práctica laboral de bolsas con empresas que hoxe acabamos tamén de explicarlle na propia Comisión Informativa. Polo tanto, un dato pero que super relevante, é dicir, que non podemos obvialo, non podemos pasar por riba del, eu creo que son cuestións que a cidadanía quere saber, e que esta casa está comprometida co emprego, dunha maneira clara nesa cantidade de 20 millóns de euros que podemos estar falando de plans de emprego do ano 2013, no presuposto da Deputación, no presuposto do 2013 que está aprobado, máis nesta modificación de crédito, estamos falando de 2.534 persoas que van a ter o seu emprego ou que xa o teñen nunha parte importante agora mesmo. E dicía que o obxectivo fundamental no debate dos presupostos nós xa o dixemos e o seguimos mantendo, que era crear emprego e reforzar as políticas sociais, e manter unha institución solvente, unha institución inversora e unha institución que xeraba emprego, estou recordando un pouco ese debate de presupostos. Dicíamos que tiñamos como obxectivo tamén a amortización da débeda no horizonte do ano 2018, pois vamos a cumprila, vamos a cumprir que esta Deputación no horizonte do 2018-2019 poidamos falar de débeda cero. E creo, que bueno, pois se vostedes collen os datos pois poderán analizar todas estas cuestións que lle estou dicindo e que, evidentemente, aparecen reflexadas nos documentos que poden ter acceso todos os corporativos. Pero, a maiores do Plan de emprego, de amortizar a débeda, de cumprir co obxectivo de déficit cero, temos un obxectivo fundamental que cumpre con dúas premisas, primeiro, o apoio ós concellos dunha maneira clara e que ese apoio ós concellos indirectamente tamén xere emprego, porque ó final todo vai co mesmo obxectivo, xerar emprego, é dicir, polo tanto, vamos a destinar do ano pasado xa 18 millóns de euros, máis 15 millóns de euros deste ano 2013 que van nesta propia modificación de crédito que agora queremos aprobar. Eu creo que o esforzo que se está a facer para cumprir todos os obxectivos tanto os económicos de eficacia, de eficiencia dunha boa administración, como os sociais e a xeración de emprego se están dando nesta administración. E claro, todo isto tamén a maiores cunha institución solvente, cunha institución que está pagando, como poden comprobar despois no apartado, no punto 9 e 10, a 18 días dende que se rexistra a factura, eu creo que está dando un compoñente perfecto de como hai que administrar os cartos públicos. E creo que estes son os, evidentemente, os argumentos fundamentais polos cales nós estamos traballando e seguiremos traballando nesa dirección. Me podía alongar porque isto, evidentemente, é un debate moi interesante, un debate que, loxicamente, é bo que o coñeza a cidadanía, pero eu me quedo, dende logo, con este dato, o dato de que esta Deputación no ano 2013 vai a contratar a 2.534 persoas, de acordo cos concellos e coas empresas e con todos os programas, por un importe de 20 millóns de euros, 20 millóns de euros, pensen vostedes que nós temos un presuposto de 150 millóns de euros, aproximadamente, pois 20 millóns de euros se están dedicando a plans de emprego e á contratación de persoas cando finalice o ano 2013. Se, a maiores, estamos reducindo a débeda, se a maiores estamos amortizando e se a maiores estamos tamén xerando outros proxectos de apoio con eses 15 millóns ós concellos, que tamén xerarían emprego, que aí poderíamos sacar tamén unha cifra, pero vamos a non utilizar esa cifra para que loxicamente a real sexa a que se está levando a cabo agora cos plans de emprego. Polo tanto, eu creo que dende logo é para estar razoablemente satisfeitos da xestión, do enfoque que lle estamos dando e dos obxectivos que estamos acadando que creo que son obxectivos, que evidentemente, como eu dicía ó principio, eu empezaba a miña intervención nos presupostos dicindo que esta casa estaba marcando o camiño do rigor, da austeridade, da boa xestión, de facer máis con menos, de adelgazar a administración, de cumprir co obxectivo de déficit, de controlar a débeda, de axustar o presuposto e de manter as políticas de emprego e políticas sociais, que as estamos mantendo na súa totalidade, eu diría que incluso por riba moitas veces das posibilidades que pode ter esta casa. Polo tanto, eu pido a aprobación, me agrada, Sr. Mosquera, que o Bloque Nacionalista Galego vote por primeira vez, polo menos dende que eu estou aquí, e supoño que o Presidente tamén porque coincidimos no inicio, é a primeira vez que o Bloque Nacionalista Galego vota a favor dunha modificación de crédito desta casa. Polo tanto, lle agradecemos tamén esa actitude, miro que vostede esta na liña do traballo que temos que facer, e, dende logo, se vostedes nos apoian, loxicamente, co críticos que son ás veces, pois, evidentemente, quere dicir que estamos no bo camiño, polo tanto, vamos a continuar ese bo camiño e agradecerlle, dende logo, o voto dos catro deputados do Bloque Nacionalista Galego, que son importantes, simbolicamente, é moito máis importante que se necesitásemos os votos en si polo que significa de fondo, de estar facendo as cousas ben, vostede o dicía, que está de acordo no fondo, e, polo tanto, eu creo que é para estar razoablemente satisfeitos, Presidente, tamén, evidentemente, pois agradecerlle ós compañeiros o apoio neste tema. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, vamos a ver, como falou o Sr. Figueroa de presupostos, estamos falando dunha modificación de 30 millóns de euros, como vostede moi ben dicía dun presuposto de en torno a 152, non estamos falando dunha modificación nin de 300 mil nin de 3 millóns de euros, senón de 30 millóns de euros, nada máis e nada menos. Iso, tamén retomando algunha das verbas que pronunciamos no debate de presupostos, insistimos que os presupostos se fan con moita improvisación, porque senón, se non houbera esa improvisación non estaríamos hoxe aquí cunha modificación de 30 millóns de euros, nada máis e nada menos, dun presuposto de 152 millóns de euros. A segunda cuestión é que tamén a propia modificación se fai con improvisación, se fai con improvisación porque se trae de xeito urxente á Comisión Informativa e non estaba nin a documentación a disposición dos grupos da oposición. Pero, é que no transcurso desa Comisión Informativa e o Pleno, é dicir, en menos de cinco días, xa vostedes modifican tamén o aprobado na Comisión Informativa, iso se chama, como mínimo improvisar, Sr. Figueroa, se chama como mínimo improvisar. E mire, polo tanto, na cuestión das formas, nós como oposición nos sentimos de que non fomos informados en tempo, debidamente, e ademais insistimos en que vostedes mesmos cambiaron de opinión. E, fíxese, por se fora pouco, hoxe traen isto aquí e ademais cando vostede fala de que está feito con rigor, utilizou moito a palabra rigor, o certo é que con moito rigor non debía de estar feito porque se emendaron vostedes a si mesmos, é dicir, vostedes se emendaron a si mesmos en corto espazo de tempo. Polo tanto, eu creo que debemos pois utilizar, efectivamente, a palabra rigor cando corresponda e non neste caso, dende logo. Nós saúdamos positivamente, o dixemos na Comisión Informativa e o repetimos aquí neste Pleno, saúdamos positivamente de que se destinara, non todo o crédito de 15 millóns de euros para amortizar débeda, é dicir, que unha parte desa fora a creación de emprego de forma directa, e saúdamos tamén, como non pode ser doutra maneira, que se destinen tamén 15 millóns a inversións en obras porque ó final tamén xeran emprego. Niso estamos totalmente de acordo. A cuestión é ¿vai a ser para todos os concellos?, ¿vamos a coñecer a oposición o Plan de investimentos da Deputación?, ou vamos ter que enterarnos pola prensa. Segundo, estes contratos vai habelos, e non só os becarios senón os outros, ¿van a ser en todos os concellos?, porque hai parados e paradas nos 61-62 concellos da provincia, ou, ¿vai a ser para uns e para outros non?, vai a haber discriminación en función onde vivan estes parados ou paradas. E, para rematar, cando vostede fala de que se está amortizando deuda, de que se pagan as facturas, é que iso é o normal, o que non é normal é estar endeudado ou non pagar as facturas, é dicir, iso é o normal que ten que facer unha administración e o exemplo que ten que dar. Polo tanto, nós reiteramos, reiteramos, de que non estamos de acordo co que se nos resposta na alegación nin nas formas nin no fondo, que reclamamos que calquera tipo de modificación de crédito ou de cuestión que se leve, que teñamos opción e tempo para facer as alegacións oportunas, e lle dicíamos ademais que se nós tiveramos a oportunidade posiblemente lle diríamos que esa amortización destinaran unha parte importante á creación de emprego, que estamos totalmente de acordo en que se destine aí. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. A verdade é que debater temas económicos sempre é árido e máxime se as cifras se utilizan dunha maneira ou doutra, se suman, se restan, un ano con outro, está no orzamento que vén ou que deixa de vir. Vamos a ver, a historia desta modificación é coñecida, evidentemente, veu moi a última hora, veu con todos os problemas, pero bueno, hai que marcala e o que se marca é que hai unha liquidación, ¿verdade?, do orzamento, hai 30 e pico millóns de euros de superávit, para entendernos, non se lle chama tecnicamente así pero é máis fácil entendelo, que remanente líquido de tesourería, ou sexa, de cartos dispoñibles que xa existen para gastar, de aforro, de superávit, como se lle queira chamar; e, resulta que pola normativa da lei de estabilidade e demais, os teitos de gasto que ves que é un fárrago explicalo pero que é bastante claro, esta Deputación, igual que outros concellos, non saben a que aterse, non saber a que aterse. En principio, co espírito da lei e coa explicación que dan dende o Ministerio de Facenda, había que aterse estritamente ó teito de gasto e, repito, esta Deputación dos 30 millóns, 25 tiña que adicalos a telos nun peto ou a amortizar débeda. É obvio que o equipo de goberno estivo mirando que facer, que facía, nesta situación, cos 30 millóns, se acataba, digamos, o que di a lei ou como o interpreten en Madrid ou se adicaba os cartos, os cartos que tiña, que ten, que existen, que están nas contas, a investimentos e a un plan de emprego. En principio, fixo unha modificación que eran 15-15, bueno, 15-16, ¿verdade?, que xa se saltaba a normativa, e foi máis alá, deixouno en 9, para o noso gusto en 0, deixalo en 0. ¿Por que?, porque isto de amortizar débeda aceleradamente nestas circunstancias non é máis que unha medida para beneficiarse as entidades bancarias, que teñen os créditos con esta casa pois ó 1% ou o que sexa, e devolverllos nestes momentos pois é moi beneficioso para elas, e ter os créditos nesas condicións non é ningunha carga, non é ningunha carga nin é ningún obxectivo positivo, ter débeda 0 para o 2018, 2015 ou no 2050, o problema é en que condicións, obviamente, se os intereses están ó 10% é unha barbaridade de ter débeda, hai que reducila cantos antes. Agora, se están ó 0, eu que sei, debe haber algún que debe estar ó 1, ó 0,8, ó 1,2, pois, evidentemente, non é nada positivo para os cidadáns amortizar esas débedas, será positivo para os bancos. Moi ben. Ben, entón, nós, evidentemente, temos e criticaremos no seu momento certas dúbidas sobre como se xestiona, como se reparten, o que sexa, pero non estamos falando diso, o que estamos falando é que o grupo de goberno, ou sexa, o PP, o Presidente do PP, desta Deputación, dá un paso en ben de activar a economía, en ben de facer obras e servizos e emprego nesta provincia, en contra, declarándose insumiso, saltándose a normativa do Estado, que foi o que nós estivemos defendendo que era unha barbaridade e que as administracións tiñan que actuar todo o posible, todo o posible, non fóra das súas posibilidades, para prestar servizos, facer obras e activar a economía. Nestas circunstancias, obviamente, é absurdo, ou sexa, isto foi o que defendemos sempre aquí, incluso no debate dos orzamentos e demais. Nós alegrámonos que vostedes deran este paso, claro, non tería sentido que lle esteamos pedindo este paso e despois cando o dan nos dediquemos a arrearlle sopapos para un lado e para outro, nós somos coherentes, ata onde podemos, obviamente, porque despois obriga a normativa e obrigan outras cousas. Somos coherentes, entón, diga, isto é unha barbaridade, é unha situación de depresión, facemos medidas procíclicas, ou sexa, estamos en baixa e tomamos medidas para que siga a baixa, é unha auténtica barbaridade, que non se poden tomar medidas expansivas, terribles, bueno, pois non se pode porque entón a Unión Europea, vale, Estados Unidos estaas facendo, estívoas facendo á brava, e Japón igual, bueno, pois á Unión Europea dálle porque non, ó contrario, hai que facer medidas, home, para ata un límite, ata un límite, porque eses 9 millóns que van para amortizar non poden adicarse a non amortizar, xa se amortizarán, se se están pagando uns intereses ridículos por eles, non pasa nada, ben, esa é a situación. O que non entendín, Sr. Figueroa, para nada, esa é a situación, e a explicación do noso voto porque foi a liña que estamos defendendo hai tempo, vale, entón, non temos ningún problema, como tamén non temos ningún problema en criticalos ácidamente cando entendemos que ten que ser, non temos ningún problema. O que non entendín é ese salto mortal que dou cos organismos e demais, non sei a que vén, e os datos son radicalmente contrarios, porque resulta que o ano que vén, que había organismos, temos un aforro, temos 30 e pico millóns de superávit, ou sexa, que parece que os organismos non cargaban especialmente porque se estiveran cargando non habería todos estes cartos, a ver, é que pega uns saltos aí, entón é unha medida, non sei que. Mire, nós vámoslle votar a favor polo obxectivo este e saltándonos todos os fallos de tramitación e porque deron un paso que entendemos que é de suma responsabilidade, atenderon os intereses da provincia e non o que lle mandan dende Madrid. Iso é un acto de insumisión, de valor, de responsabilidade que nós valoramos e que vai na nosa, no que nós estivemos defendendo sempre, polo tanto vámoslle votar a favor e á parte con entusiasmo, vámoslle votar a favor porque cremos que é a liña na que se pode seguir, é que é unha tolería, que as administracións que teñan cartos, que teñan dispoñible e que poidan gastar, non poidan gastar para engordar os resultados dos bancos devolvéndolle os créditos que teñen a baixo interese. É unha barbaridade, ou téndoos depositados nos bancos para que teñan activos, verdade, para que teñan depósitos para poder funcionar, é unha barbaridade, e vostedes toman a medida en gran parte en contra, porque dedican 9 millóns, pero no gordo en contra diso que pon a Lei de estabilidade e demais, e, polo tanto, votámoslle a favor. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Gracias tamén ó meu grupo de de goberno polo apoio tamén a esta modificación de crédito importante, que xa destacou o Sr. Figueroa, de que este grupo de goberno co apoio, neste caso, do Bloque Nacionalista Galego, pois vai a destinar deste ano, para algo imprescindible e necesario, nada máis e nada menos como é a creación de emprego especialmente dirixido ós máis xóvenes, 20 millóns de euros, practicamente. Polo tanto, vamos a proceder á votación deste punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Punto número 3. Ampliación do prazo para solicitar … ¡ah, si!, é que non o anunciaron, estaban aí, vale. Sr. Figueroa Vila.- Digo que é un día importante para esta casa, felicitar tamén e agradecer ó Partido Socialista que se sumase a esta proposta porque eu creo que é a primeira vez que unha modificación de crédito ou algún tema relacionado presupostariamente coa xestión do día a día pois sexa aprobada por 27 membros da Corporación que creo que é para ter en conta. Sr. Presidente.- Moitas gracias, como digo, tamén polo apoio ó Partido Socialista e por unanimidade se aproba. O Pleno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de xuño de 2013 aprobou o expediente de modificación de créditos 02/2013 (que contén o crédito extraordinario “EXT.02/13” e o suplemento de crédito “SUP.02/13”. Resultando que o 5 de xullo de 2013 publicouse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o anuncio de exposición ó público do expediente, abríndose o prazo de quince días para os efectos do seu exame e reclamacións polos interesados de conformidade co establecido no artigo 177, en relación co artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais. Resultando que no citado prazo de exposición pública presentouse unha alegación a este expediente por parte de D. Santos Héctor Rodríguez, deputado do PSdeG-PSOE da Deputación de Pontevedra, e unha proposta de corrección de dúas aplicacións do expediente de suplemento de crédito SUP.02/13 por parte do Presidente da Deputación de Pontevedra. Resultando que a alegación formulada por D. Santos Héctor Rodríguez baséase no feito de que o expediente aprobado polo Pleno non é o mesmo que o ditaminado na Comisión de Economía, polo que solicita que non se teñan por aprobados os dous expedientes (crédito extraordinario EXT.02/13 e suplemento de crédito SUP.02/13) ata que sexan ditaminados pola Comisión de Economía, Facenda e Turismo e se volva a propoñer ó Pleno para a súa aprobación. Resultando que esta alegación é motivo de reclamación de acordo co establecido no artigo 170.2,a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL) e no artigo 22.2, a) do R.D. 500/90 de 20 de abril (RP). Resultando que a proposta de corrección de dúas aplicacións do expediente de suplemento de crédito SUP.02/13 formulada pola Presidencia da Deputación que recollen financiamento para o plan de emprego cuxos beneficiarios serán seleccionados directamente pola Deputación motívase porque, no expediente de suplemento de crédito aprobado polo Pleno o día 28 de xuño de 2013, consignouse de forma incorrecta crédito nas aplicacións correspondentes a persoal laboral (921-920-143.01 e 921-920-160.04), pero o que se pretende con este plan é conceder bolsas de estudo a titulados universitarios e de formación profesional para que poidan facer prácticas en empresas da provincia, é por iso que ó estar o expediente en fase de exposición ó público aproveitase para, pola vía de alegación ou ben de corrección de erro, corrixir estas aplicacións orzamentarias e os seus importes (921-241-481.47 e 921-241-160.47). Considerando o informe de Intervención de data 25 de xullo de 2013 emitido en relación con estas alegacións, no que se indica, con respecto á alegación formulada por D. Santos Héctor Rodríguez, que a aprobación inicial do citado expediente é correcta dende o punto de vista xurídico, e con respecto á proposta de corrección de dúas aplicacións do expediente de suplemento de crédito SUP.02/13 formulada pola Presidencia da Deputación que, ó estar o expediente en fase de exposición pública, pódese aproveitar para corrixir as aplicacións orzamentarias pola vía da alegación ou ben de corrección de erro. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do orzamento 2013, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/2013 da Deputación de Pontevedra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Primeiro: desestimar a alegación presentada por D. Santos Héctor Rodríguez, deputado do PSdeG-PSOE da Deputación de Pontevedra ó expediente de modificación de créditos numero 02/2013 da Deputación de Pontevedra (crédito extraordinario “EXT.02/13” e suplementos de crédito “SUP.02/13”). Segundo: corrixir as aplicacións orzamentarias e os seus importes do plan de emprego cuxos beneficiarios serán seleccionados directamente pola Deputación. Terceiro: a aprobación definitiva do expediente de modificación de créditos 02/2013 (que contén o crédito extraordinario “EXT.02/13” e o suplemento de crédito “SUP.02/13”), co seguinte detalle: 1) Créditos Extraordinarios “EXT. 02/13”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 942-942-652,45 PLAN DE INVESTIMENTOS XESTIONADOS 2013, (PROXECTO DE GASTOS: “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS PROVINCIAIS 2013”) 15.000.000,00 € Total Créditos Extraordinarios … 15.000.000,00 € Financiamento do expediente de Créditos Extraordinarios 02/2013: O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais. Contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios … 15.000.000,00 € 2) Suplementos de Crédito “SUP. 02/13”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 324-323-213,00 REPARACIÓNS M. CONSERVACIÓN DE MAQUINARIA, INST. UTILLAXE (CANTEIROS) 15.475,00 € 324-323-632,02 MELLORAS CONSTRUCIÓNS (E. CANTEIROS) 3.190,00 € 921-241-481,47 BOLSAS PLAN EMPREGO EMPRESARIAL 3.820.800,00 € 921-241-160,47 COTAS SOCIAIS, BOLSAS PLAN EMPREGO EMPRESARIAL 179.200,00 € 924-924-221,15 MATERIAL TÉCNICO ESPECIAL (IMPRENTA PROVINCIAL) 65.000,00 € 931-931-227,06 TRABALLOS R. POR OUTRAS EMPRESAS. (INTERVENCIÓN) 14.520,00 € 931-011-913,00 AMORTIZACIÓN PRÉSTAMOS DE ENTES FÓRA DO SECTOR PÚBLICO. 9.000.000,00 € 942-942-462,03 TRANSFERENCIAS A CONCELLOS (PLAN EMPREGO 2013) 3.000.000,00 € Total Suplementos de Créditos... 16.098.185,00 € Financiamento do expediente de Suplemento de Créditos 02/2013: O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais. Contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito (SUP. 03/12)… 16.098.185,00 € TOTAL... 16.098.185,00 € 3.6373.- AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN – 2012 Sr. Presidente.- Punto número 3. Ampliación do prazo para solicitar axudas do Plan de Investimentos e gastos correntes da Deputación – 2012. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Resultando que as bases reguladoras do Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación para o ano 2012 (PIDGC/12) aprobáronse na sesión ordinaria do Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra celebrada o 28 de setembro de 2012, e foron publicadas no BOP núm. 189 do 01/10/2012, nun contexto socioeconómico que representaba un gran reto para a xestión dos concellos e no que se fixo necesario adoptar por un lado medidas financeiras e fiscais e, ó mesmo tempo, as necesarias para o saneamento das contas. Neste senso o descenso que se produciu nos orzamentos municipais, como consecuencia da crise económica, provocou que moitos dos concellos da provincia se atoparan con partidas de gastos que non podían afrontar cos seus orzamentos de ingresos. Esta insuficiencia non só se manifestou no capítulo de investimentos senón tamén na propia xestión administrativa diaria e no gasto corrente, que impedía facer fronte con suficientes medios ás continuas e crecentes demandas dos veciños. Polo tanto, a Deputación de Pontevedra, en virtude das competencias que lle atribúe a lexislación vixente e na liña de impulsar todas aquelas medidas encamiñadas a superar a etapa de crise económica, con PIDGC/12, pretendeu, por un lado financiar aqueles investimentos necesarios para os concellos, co fin de reactivar a economía e combater a elevada taxa de destrución de emprego na provincia como consecuencia, basicamente, da caída da demanda interior do sector privado; e por outro, atendendo á finalidade última das deputacións de contribuír ó bo funcionamento das corporacións locais, a Deputación de Pontevedra colaborou cos concellos na regularización da súa situación financeira cun programa de axudas dirixido a subvencionar os gastos correntes nos que incorren as entidades locais na súa actividade como xestores públicos, co obxectivo de acadar o maior beneficio social tanto a nivel da atención ó cidadán coma no correcto funcionamento interno. Para acometer estas medidas de apoio ós concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, dotouse ó PIDGC/12 con 18 millóns de euros. Na data actual, como consecuencia da crise da débeda soberana dos distintos países de occidente, optouse por cambiar a política económica, poñendo o acento na redución do gasto público. Este cambio de política económica fixo aconsellable reducir o ritmo de execución do PIDGC/12, co fin de ter unha reserva de recursos para facer fronte a futuras necesidades dos concellos nun entorno de recursos moi escasos. A carencia da Deputación doutros recursos alleos ós do propio Plan para acometer novas necesidades de investimentos dos concellos converte esta estratexia en axeitada para facer fronte a estas novas necesidades de investimentos dos concellos, aconsellando, ó mesmo tempo, baixar o ritmo de execución, co fin de dispor de crédito orzamentario para facer fronte a novas necesidades futuras. Resultando que o dito Plan concíbese para o ano 2012, non obstante sinala como data límite para a xustificación dos investimentos o 31 de decembro de 2013, na súa Base Décimo Sexta, polo que se debe entender vixente tamén na anualidade 2013. Resultando que de acordo co disposto nos artigos 182 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 34 e ss. do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, os créditos do PIDGC/12 non comprometidos a 31 de decembro de 2012, incorporáronse ó orzamento de 2013, previa tramitación do correspondente expediente de incorporación de remanentes de crédito, unha vez aprobada a liquidación do orzamento xeral de 2012. Resultando que este crédito poderá ser aplicado seguindo o disposto nos artigos 22.1 e 27 da Lei xeral de subvencións e na Base 25.2ª dos Orzamentos provinciais ata o fin do Plan, é dicir ata o 31/12/2013, se as circunstancias o aconsellan e con iso non se prexudican dereitos de terceiros. Vistos os informes favorables da xefa do Servizo de Cooperación, da Secretaría Xeral e da Intervención, visto o ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación e á vista de todo o antedito, o Pleno da Corporación Provincial acorda, por unanimidade, ampliar o prazo de concesión das axudas do Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación – 2012 (PIDGC/12) ata o 31/12/2013. 4.6374.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “ENSANCHE E MELLORA DA EP-2404 ACCESO A CHENLO (PORRIÑO)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DAS OBRAS Sr. Presidente.- Punto número 4. Resolución das alegacións presentadas ó proxecto “Ensanche e mellora da estrada 2404 Acceso a Chenlo en Porriño”. Aprobación definitiva do Proxecto. Aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados. Ratificación da solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución das obras”. Esta era unha necesidade, xa tiña que estar resolta hai moito tempo, pero bueno, finalmente nunca é tarde se finalmente se vai a resolver. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Vamos a ver aí hai unha alegación, en principio, un tanto complexa, non, logo nós non vamos entrar nela e, en principio, vamos a votar a favor porque entendemos que é un privado que vai ser expropiado e ten todo o dereito do mundo a recorrer a todo, vamos, ten uns recursos na xustiza, no Xurado de Expropiacións e demais. Pero, de todas maneiras aquí aprobamos hai un tempo, que non sei se, non coñezo o suficientemente a zona para saber se é de aplicación ou non, en principio, polos poucos planos que hai posiblemente si. Aplicamos aí hai un tempo, despois de moitisima demora, unha ordenanza de seguranza viaria, entón todo este tipo de cruces, ensanches e demais conflitivos, pois igual hai que amplíalos, pero noutros casos igual non, igual hai que adoptar outro tipo de medidas. Todos sabemos cal é discusión aquí, que cando temos unha estrada provincial ou unha pista que ten 6 metros, pois resulta que ten unha sinistralidade x, moi baixa, e de repente amplíamos a 9 metros e empeza a haber cacharrazos a mans salva. ¿Por que?, bueno, pois xa sabemos todos, porque os condutores adaptamos a condución á sección que nos parece, ás características que nos parecen da vía, e claro, esquecémonos, se cadra, que hai casas ó lado, que os peóns están afeitos a cruzar daquela maneira, o outro vai na moto, o que sexa. Entón, simplemente era facer este comentario porque cremos que hai que ir por esa liña, polo menos foi o que aprobamos coa ordenanza, que, despois de ano e pico, case dous anos para aprobala pois resulta que tampouco se está facendo nada para implementala, se cadra pois con solucións máis baratas igual funcionaba mellor, non digo neste caso concreto, que pola pinta podía ser, porque aquilo coas curvas e cos cruces que ten dubido eu moito que vaia a saír aí unha estrada decente á menos que aumentemos o perigo, á menos que aumentemos o perigo de sinistralidade. Entón, digo que para próximas actuacións se analicen estas situacións, e se ten unha solución máis barata e que á parte potencie máis a seguranza viaria porque senón despois, collemos, entrada, non sei que, ancheamos, o que corre máis, os outros, e ó final rematamos tendo máis problemas cunha solución máis cara, que igual tiñan outra solución que era que estaba na ordenanza que non se está aí, non se está implementando, non se está aplicando nin se está traballando nesa liña. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Ben. Non sei se hai algún comentario máis. Si, eu teño a alegación aquí comigo. Non a habiamos visto, bueno, hai un informe técnico, que se desestima, tanto neste caso como na outra estrada en Porriño, que é a de arriba de, ¿como se chama?, esta é a de Chenlo de abaixo e a outra ¿como se chama?, ¿a mesma non?, bueno, pois había varias cuestións aquí que non houbo, foi por activa e por pasiva que se falou, nalgún caso nunha visita que se fixo alí co Director de Infraestruturas, non houbo maneira de poder resolver este problema, e nunha delas en concreto hai incluso unha perigosidade evidente, e por iso se tomou esta decisión, pero bueno, non é que houbera, xa digo, ningún outro interese, porque son anos os que levan pasado con este caso, porque son varios puntos ademais que afectan a esta estrada para a expropiación, e por iso tomamos esta decisión, que xa digo, incluso houbo que estar pendente do departamento de Infraestruturas para que fose canto antes pola perigosidade que entrañaba o tramo este. Polo tanto, temos que, como digo, desestimar esta alegación e proceder á aprobación definitiva e urxir a ocupación dos bens afectados e rematar a actuación que é o importante. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “ENSANCHE E MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL EP-2404 ACCESO A CHENLO (PORRIÑO)”. que foi aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación Provincial o 3 de maio de 2013, dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 336.328,88 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 310.421,70 euros e capítulo de expropiacións por importe de 25.907,18 euros, ten por obxecto o ensanche e a mellora do trazado da devandita estrada provincial. A finalidade da actuación proxectada sobre a estrada provincial EP-2404 “Acceso a Chenlo” é mellorar a seguridade viaria a través dun ensanche e mellora do trazado actual. A xustificación do proxecto vén dada a causa de que na actualidade a sección transversal da estrada nas zonas poboadas ten na súa maior parte un ancho insuficiente, que contrasta co tramo interurbano xa acondicionado. Trátase por tanto de homoxeneizar a sección en toda a estrada, polo que se actúa unicamente nas dúas zonas onde o viario discorre por núcleos de poboación. Para iso realizaranse ensanches en zonas puntuais da calzada, ademais de mellorar a seguridade viaria mediante a incorporación de sinalización vertical e horizontal, balizamento e defensas. Á vista das alegacións presentadas por parte dos afectados ó trazado do proxecto “ENSANCHE E MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL EP- 2404 ACCESO A CHENLO (PORRIÑO)” durante o período de exposición pública cómpre resolver as mesmas; é por iso que á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas e de acordo co ditame da Comisión de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. A resolución das alegacións presentadas ó proxecto de trazado “ENSANCHE E MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL EP-2404 ACCESO A CHENLO (PORRIÑO)”, segundo o seguinte detalle: a) Desestimar as alegacións presentadas por D. Daniel Bouzada Riveiro, en base ás seguintes consideracións: A finalidade da actuación proxectada sobre a estrada provincial EP-2404 “Acceso a Chenlo” é mellorar a seguridade viaria a través dun ensanche e mellora do trazado actual. A xustificación do proxecto vén dada a causa de que na actualidade a sección transversal da estrada nas zonas poboadas ten na súa maior parte un ancho insuficiente, que contrasta co tramo interurbano xa acondicionado. Trátase por tanto de homoxeneizar a sección en toda a estrada, polo que se actúa unicamente nas dúas zonas onde o viario discorre por núcleos de poboación. Para iso realizaranse ensanches en zonas puntuais da calzada, ademais de mellorar a seguridade viaria mediante a incorporación de sinalización vertical e horizontal, balizamento e defensas. O tramo onde se sitúa a propiedade afectada parcialmente, nunha superficie de 146 m2, de D. Daniel Bouzada Riveiro é, precisamente unha das zonas máis sensibles do proxecto xa que é onde se presenta unha maior perigosidade para a seguridade viaria que require dunha actuación urxente. Sen prexuízo do manifestado no parágrafo anterior, a ampliación do viario ten a consideración de obra pública de interese xeral de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, mentres que a utilidade pública da obra deriva do xogo combinado do artigo 10 da Lei de Expropiación Forzosa, o artigo 94 do Texto Refundido das Disposicións Legais Vixentes en materia de Réxime Local e do artigo 101 do Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa, preceptos que dispoñen que a utilidade pública enténdese implícita na aprobación de obras ou servizos incluídos en plans ou proxectos municipais ou provinciais, tal e como acontece co presente proxecto, que tamén contén a relación de propietarios e bens afectados polas obras de referencia. Ademais a competencia para a aprobación deste proxecto pola Deputación Provincial de Pontevedra non só é corolario do principio de autonomía local das Entidades Locais senón que é referendado, entre outros, no artigo 8 da Lei de Estradas de Galicia que sinala que “Correspóndelle ás Entidades Locais o exercicio das seguintes competencias…a construción.....dos tramos de rede viaria da súa titularidade” que no presente expediente atopámonos ante a execución directa dun proxecto de infraestruturas que foi aprobado por unanimidade dos tres grupos políticos. En canto ós posibles prexuízos que se causen no patrimonio de D. Daniel Bouzada Riveiro a consecuencia da expropiación, cómpre lembrar que a expropiación forzosa contempla o suposto no que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica, prevalecería o primeiro, e resulta obrigado arbitrar o procedemento legal adecuado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular, a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado, corresponderá determinar ó Xurado de Expropiacións de Galicia; respecto á cualificación urbanística dos terreos da súa propiedade, a cesión da superficie afectada ou a súa expropiación contemplan a posibilidade de que dita superficie afectada compute a efectos de edificabilidade, e por tanto non se produce merma dos dereitos e futuras actuacións a efectos de edificabilidade. Segundo. A aprobación definitiva do proxecto de trazado "ENSANCHE E MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL EP-2404 ACCESO A CHENLO (PORRIÑO)”, que ten por obxecto mellorar a seguridade viaria a través dun ensanche e mellora do trazado actual. Terceiro.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o seguinte detalle: Relación de propietarios afectados e bens expropiados Parcela Propietario Superficie Afectada (m2) Bens Afectados 1 Domínguez Alonso, Orcesindo 37 2 Domínguez Roda, José Benito Lugar de Canadelo s/n, Chenlo 36414 - Porriño 21 32 ml bordillo 26 ud. plantas ornamentais 35 m2 cobertizo de chapas 3 Roris Guisande, Cándida Avda. Fragoso nº 20, 2º izq. 36210 - Vigo 27 4 Iglesias Alonso, Cándida Lugar de Cales nº 8, Chenlo 36414 - Porriño 62 5 ud. postes de pedra 5 Gil Domínguez, Vicente Rúa Elduayen nº 23, baixo 36202 - Vigo 124 6 Gil Cortiñas, José 37 7 Bouzada Riveiro, Daniel Rúa do Corcho nº 1, Beade 36312 - Vigo 146 8 Descoñecido 7 9 Domínguez Gil, Francisco Lugar de A Quinta nº 2, Chenlo 36414 - Porriño 39 19,5 ml de muro de mampostería de 2 m altura 1 ud. de portal de chapa abisagrado de 8 ml 13,5 ml. cobertizo de pedra 10 Alves Iglesias, Jonathan Lugar de Cales nº 12, Chenlo 36414 - Porriño 129 35 ml de muro de mampostería de 1,5 m. altura con malla metálica 1 ud. de portal de chapa de corredeira de 3,7 ml 1 ud. de portal de chapa abisagrado de 0,9 ml 40 m2 de emparrado 15 ud. de cepas 11 Pampillón Pérez, Dionisia Lugar de Abas nº 14, Chenlo 36414 - Porriño 19 12 Iglesias Alonso, José Lugar de Canle s/n, Chenlo 36414 - Porriño 16 35 m2 de emparrado 10 ud. de cepas 13 Muñoz Suárez, Atilano Lugar de Abas nº 8 - baixo, Chenlo 36414 - Porriño 368 2 ud. de árbore madeirable 14 Diócesis de Tui-Vigo c/ Doctor Corbal nº 90, 36207 - Vigo 75 5.6375.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE SOBRE A REFORMA DA LEI ORGÁNICA DO PODER XUDICIAL Sr. Presidente.- Punto número 5. Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE, sobre a reforma da Lei orgánica do poder xudicial. Ten a palabra D. Eduardo Reguera. Sr. Reguera Ocampo.- Bos días. O Ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, no mes de, alá polo mes de febreiro presentou un anteproxecto de reforma da Lei orgánica do Poder Xudicial coa intención de modificar a demarcación xudicial vixente. Esta reforma propón un sistema que se decanta por facer desaparecer todos os partidos xudiciais incluíndo o Partido Xudicial de Vigo e as Audiencias Provinciais nos que as segundas instancias irían parar ó Tribunal Superior de Xustiza de cada Comunidade. No seu lugar, propón a creación de Tribunais de instancia en todas as xurisdicións de ámbito exclusivamente provincial coas únicas excepcións de Madrid e Barcelona. O pasado 7 de maio de 2013 o Ministro de Xustiza fixo público na sesión da Comisión de Xustiza do Congreso, as premisas deste proxecto de reforma da demarcación xudicial do seu departamento de acordo co informe solicitado á Comisión institucional de expertos o pasado marzo de 2012, despois de desmarcarse absolutamente do informe elaborado polo Consello Xeral do Poder Xudicial. Cómpre lembrar que o estatuto sobre os principios e criterios básicos para unha nova demarcación xudicial obedecía a que o entendemento de que o compromiso coa mellora da xustiza comporta a obriga de contribuír no diagnóstico dos problemas que padece e procura de solucións, e que se trata de expor unhas ideas iniciais do que podería ser e se están suxeitas a suxestións, críticas e achegas de todo tipo, pois só depende do diálogo construtivo pode saír o modelo que precisa o noso país. A pesar desta filosofía de procura de consenso, do informe do Consello xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza desmarcouse absolutamente deste e remítese ó informe da Comisión Institucional de Expertos. A proposta do Consello xeral do Poder Xudicial reorganiza a actual demarcación xudicial da provincia de Pontevedra en cinco partidos xudiciais, entre eles o de Vigo. O informe da Comisión suprime todos os partidos da provincia creando un partido xudicial único na provincia de Pontevedra con sede na capital da provincia. O actual Partido Xudicial de Vigo organízase en 22 xulgados sobre unha poboación total de 341.077 habitantes. Pola súa banda o actual Partido Xudicial de Pontevedra organízase en 8 xulgados sobre unha poboación de 112.054 habitantes. Deste modo pódese comprobar como o proxecto de reforma de demarcación xudicial do Ministerio de Xustiza atende, basicamente, ós criterios económicos sen ter en conta criterios demográficos, xeográficos e de servizo público, evidenciando ó tempo un descoñecemento das especificidades do noso territorio e da singular excepcionalidade do Partido xudicial de Vigo. Algo que si foi tido en conta no 1810 cando se creou o Partido Xudicial de Vigo. Case 200 anos atrás os datos avalan a creación en Vigo dun Partido Xudicial propio, agora quérese retrotraer a xustiza ó século XVIII. O Ministerio de Xustiza quere a supresión dos actuais partidos xudiciais creando un único partido xudicial na capital da provincia a pesares da unánime oposición por parte de xuíces, fiscais, abogados, procuradores, cidadáns e organizacións sindicais e políticas fronte a este propósito ministerial que afasta o servizo público da xustiza dos cidadáns. En consecuencia, propoñemos ó Pleno a seguinte moción: O Pleno da Deputación de Pontevedra rexeita o anteproxecto de reforma da Lei orgánica do Poder Xudicial na súa parte de cambios dos partidos xudiciais e defende o mantemento da comarca de Vigo como partido xudicial propio. Segundo, instar á Xunta de Galicia a dirixirse ó Ministro Alberto Ruíz Gallardón rexeitando os cambios nos partidos xudiciais da provincia de Pontevedra. E, por último, dar traslado do acordo deste Pleno da Deputación de Pontevedra á Xunta de Galicia, ó Ministerio de Xustiza e á Presidencia do Goberno. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, esta é unha moción que vén seguramente para o debate xa un pouco fóra de tempo, pero bueno, pero en calquera caso foi pola situación que tamén tivemos aquí cos Plenos. Nós vamos a votar a favor desta proposta porque, eu creo que hai un consenso xeneralizado de todas as forzas políticas da provincia, nós fixemos o noso traballo como partido político e lle remitimos un informe sobre as incidencias de Vigo e Pontevedra para a Lei de demarcación de plantas xudiciais ó Ministro, un documento completísimo, onde fixemos unha análise exhaustiva dos casos, das singularidades que ten a provincia de Pontevedra, bueno, etc., etc. É un documento que nos contestou, incluso, o propio Ministro a este documento, é un traballo creo que ben feito e, bueno, eu creo que só fai falta acudir ás declaración de case todos nós para darnos conta de que, por primeira vez, eu creo que estamos todos de acordo nunha proposta, eu teño aquí unhas declaracións do alcalde de Pontevedra que di que o alcalde de Pontevedra apoia ó partido xudicial de Vigo, que Lores aboga por manter o partido xudicial de Vigo, bueno, en definitiva, eu creo que estamos todos na mesma dirección, de que as cousas están funcionando razoablemente ben, que se manteñan na liña do que estamos, da estrutura que se ten e eu creo que esa é un pouco a dirección e a posición do noso grupo. Polo tanto, podíamos profundizar e entrar no debate, de cales son as singularidades de cada unha delas, pero bueno, eu creo que o importante é que o espírito e a filosofía de todos vaia na mesma dirección e a nós nos parece axeitada esta proposta e polo tanto imos votala a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Eduardo. Sr. Reguera Ocampo.- Moitisimas gracias. Parece que é o segundo punto que hai por unanimidade neste Pleno, estamos hoxe, estamos que nos saímos, terceiro, bueno, pois mellor aínda. Bueno, pois dicir que, bueno, que é certo que vostede enviou un informe con doce puntos para convencer ó Ministro da excepcionalidade de Vigo, como caso único, non sei se ten resposta ou non, non sei se deu algunha resposta o Ministro de que si é … ¡Ah!, bueno, que seguen traballando, seguen traballando, pois iso é importante, o importante é que esteamos de acordo todos nisto e, bueno, que as declaracións últimas de distintos maxistrados, xuíces, hai que ver o Faro de Vigo do luns 29, onde o Presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra fai unhas declaracións nese sentido, onde di que, “el partido judicial único dejaría a Vigo sin juzgado, no me parece razonable, y que implicaría trasladar los magistrados y todo su personal a Pontevedra donde no hay infraestructuras”, e di que nin sequera sería suficiente o novo edificio xudicial que se proxecta en Pontevedra. Polo tanto, nós cremos que é unha barbaridade neste momento esta posición, e que, bueno, como todos os grupos estamos de acordo con isto pois non teño máis que dicir. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a votar a favor, xa están claras as razóns, en todo caso non sería cuestión de mandar, pero sería bo emendar a moción e dicirlle ó Sr. Gallardón que non traballe tanto, que se estivera quieto, se estivera quieto evitaba uns cantos líos e creo que nos iría bastante mellor a todos. Sr. Presidente.- Bueno, pois como hai unanimidade, se aproba, en todo caso, a moción do Grupo Provincial Socialista sobre a reforma da Lei orgánica do poder xudicial, por unanimidade. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal acorda por unanimidade aprobar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE sobre a reforma da Lei orgánica do Poder Xudicial. Dita Moción é como segue: “O Ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, acaba de presentar un anteproxecto de reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial coa intención de modificar a demarcación xudicial vixente. Esta reforma propón un sistema que se decanta por facer desaparecer todos os partidos xudiciais, incluído o Partido Xudicial de Vigo, e as audiencias provinciais, no que todas as segundas instancias irían ó Tribunal Superior de Xustiza de cada comunidade. No seu lugar propón a creación de tribunais de instancia en todas as xurisdicións de ámbito exclusivamente provincial, coas únicas excepcións de Madrid e Barcelona. O pasado 7 de maio de 2013, o Ministro de Xustiza fixo público na sesión da Comisión de Xustiza do Congreso as premisas deste proxecto de reforma de demarcación xudicial do seu departamento, de acordo co informe solicitado á comisión institucional de expertos o pasado marzo de 2012, despois de desmarcarse absolutamente do informe elaborado polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX). Cómpre lembrar que o estudo sobre os principios e criterios básicos para unha nova Demarcación Xudicial do CXPX obedecía a que “o entendemento de que o compromiso coa mellora da Xustiza comporta a obriga de contribuír no diagnóstico dos problemas que padece e a procura de solucións” e que “se trata de expor unhas ideas iniciais do que podería ser e están suxeitas a suxestións, críticas e achegas de todo tipo, pois só dende o diálogo construtivo pode saír o modelo que precisa o noso país”. A pesar desta filosofía de procura de consenso do informe do CXPX, o Ministerio de Xustiza desmarcouse absolutamente deste e remítese ó informe da comisión institucional de expertos. A proposta do CXPX reorganiza a actual demarcación xudicial da provincia de Pontevedra en 5 partidos xudiciais, entre eles o de Vigo. O informe da comisión suprime todos os partidos da provincia, creando un partido xudicial único na provincia de Pontevedra con sede na capital da provincia. O actual Partido Xudicial de Vigo organízase en 22 xulgados sobre unha poboación total de 341.077 habitantes. Pola súa banda, o actual Partido Xudicial de Pontevedra organízase en 8 xulgados sobre unha poboación de 112.054 habitantes. Deste modo, pódese comprobar como o proxecto de reforma de demarcación xudicial do Ministerio de Xustiza atende basicamente a criterios económicos, sen ter en conta criterios demográficos, xeográficos e de servizo público; evidenciando ó mesmo tempo un descoñecemento da especificidade do noso territorio e da singular excepcionalidade do Partido Xudicial de Vigo. Algo que si foi tido en conta en 1810 cando se creou o Partido Xudicial de Vigo. Case douscentos anos atrás os datos avalaban a creación en Vigo dun partido xudicial propio. Agora quérese retrotraer a xustiza ó século XVIII. O Ministerio de Xustiza quere a supresión dos actuais partidos xudiciais creando un único partido xudicial na capital de provincia a pesar da unánime oposición por parte de xuíces, fiscais, avogados, procuradores, cidadáns e organizacións sociais, sindicais e políticas fronte a este propósito ministerial que afasta o servizo público da xustiza dos cidadáns. En consecuencia, propoñemos ó Pleno a seguinte Moción: - O Pleno da Deputación de Pontevedra rexeita o anteproxecto de reforma da Lei orgánica do poder xudicial na súa parte de cambios dos partidos xudiciais e defende o mantemento da comarca de Vigo como un partido xudicial propio. - Instar á Xunta de Galicia a dirixirse ó Ministro Alberto Ruíz Gallardón rexeitando os cambios nos partidos xudiciais da provincia de Pontevedra. - Dar traslado do acordo deste pleno da Deputación de Pontevedra á Xunta de Galicia, ó Ministerio de Xustiza e á Presidencia do Goberno.” 6.6376.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE SOBRE A APLICACIÓN DUN IVE REDUCIDO ÁS ACTIVIDADES ARTÍSTICAS Sr. Presidente.- O punto número 6. É a Moción do Grupo Provincial Socialista tamén sobre a aplicación dun IVE reducido ás actividades artísticas. D. José Antonio Cacabelos. Sr. Cacabelos Rico.- Moi ben, moitas gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Traemos hoxe o Grupo Provincial Socialista unha moción para solicitar a redución do IVE no ámbito da Cultura. A moción é moi sinxela, moi breve, creo que todos dispoñen dela, polo tanto, se me permiten intentarei xustificar o por que desta moción hoxe aquí neste Pleno. A xustificación primeira, e creo que é a máis importante, vén polos, en termos económicos, totalmente que avalan a moción que vamos a presentar, ou que estamos presentando hoxe aquí. A subida do ive reducido da Cultura foi dun 13%, un 13% que significa que o consumidor final ten un custe do 13% máis caro en todo o que ten que ver co ámbito da Cultura, isto afecta directamente á renda dispoñible familiar, sinxelamente cobramos menos e pagamos máis, polo tanto afecta claramente ó consumo. E os datos que o propio Ministerio nos está ofrecendo, Ministerio de Facenda, avalan este plantexamento, durante o ano pasado houbo 2.800.000 espectadores menos, o que significou 328 millóns de facturación menos neste sector. Pola contra, o aumento-incremento da recadación do ive son 4 millóns de euros respecto ó 2011, cantidade que dende logo non xustifica esta suba. E as consecuencias económicas, como dicía, hai menos consumo do consumidor final, repercute na facturación e, polo tanto, repercute nas bases impoñibles de todo o sector da Cultura, repercute, polo tanto, polos ingresos do Estado. Estase a recadar moito menos polo IRPF, estase a recadar moito menos polo imposto de sociedades, e hai unha repercusión directa na actividade e no emprego deste sector. A día de hoxe, temos que lamentar que hai mil desempregados máis no sector da Cultura, como consecuencia de todos estes datos que estamos arroxando. Mismamente aquí na cidade de Pontevedra, que estamos a falar, o peche dos cines nas semanas pasadas veñen a ser un exemplo claro e manifesto do que estamos trasladando. Así pois, en termos económicos, consideramos que non se xustifica esta subida do ive, estamos a falar, insisto, un 13% de custe final para todos os consumidores, totalmente inasumible. Ademais, estabamos falando dun sector, na Cultura, que ten unha relevancia importante, porque xera o 4% do PIB, por riba incluso da media da Unión Europea que está no 3%, polo tanto, dicir que o sector da Cultura é o responsable do 4% do PIB que se está vendo afectado claramente. E ademais é un sector economicamente interesante porque ten un efecto multiplicador noutros sectores económicos, na educación, no turismo, na investigación, nas novas tecnoloxías, que tamén se están vendo afectados, polo tanto, incluso a repercusión económica negativa podería ser maior do que estamos falando neste momento. Así pois, economicamente, é un erro e a Facenda pública española non se ve positivamente recuperada, non se ve positivamente satisfeita, por esta rebaixa, porque os datos globais, aínda que hai un leve incremento do ive, o custe económico da redución da recadación mediante IRPF, imposto de sociedades e o custe que supón 1.000 desempregados máis, fan un saldo negativo para a Facenda pública, como ben dicía, así pois, non se pode xustificar en termos económicos esta subida. Tampouco se pode xustificar no ámbito propio da Cultura, temos todos un mandato constitucional que di que hai que promover e tutelar o acceso da Cultura, ó que todos temos dereito, e sinceramente consideramos que unha sociedade que ten menos Cultura é menos sociedade, e o papel da Cultura é enriquecedor da formación das persoas e dos cidadáns. Polo tanto, cremos que a Cultura ten un papel estratéxico en todos os ámbitos nunha sociedade que se quere chamar moderna e avanzada, polo tanto, neste ámbito tamén está a repercutir negativamente. E outra xustificación, que me van a permitir trasladar tamén, é, evidentemente, política, estamos ante o enésimo incumprimento do Partido Popular, ante o enésimo engano do Partido Popular, durante, o Partido Popular chega ó goberno de España cun discurso que os feitos nos están dicindo que é todo o contrario do que viñan falando. Todos nos acordamos como se vendía a non subida dos impostos, foi chegar ó goberno e as primeiras medidas en contra do dito veñen a facer que agora esteamos con estas repercusións. E, como dicía, repercute indirectamente no consumo que é un dos parámetros que se necesita recuperar para saír da crise económica que actualmente estamos. Lamentablemente temos que dicir que xa é unha costume do Partido Popular dicir unha cousa e facer outra, pero cremos que nesta moción e nesta proposta que traemos hoxe aquí, podemos todos coincidir porque estamos a ver que, dende logo, non está a cubrir o resultado que, dende logo, promoveu o seu incremento. Ademais temos que lamentar que tamén España sexa líder na Unión Europea, digo, temos que lamentar, porque somos a día de hoxe o país da Unión Europea que ten o ive no ámbito cultural máis alto, o 21%, non ocorre en ningún outro país, é máis, países que tomaron medidas similares a España hoxe en día están retrocedendo e están revisando esta subida e incluso se está, incluso nalgúns países como Francia, reducindo moito máis. Por todo iso, e sen estenderme moito máis, xustificando esta moción, como dicía, nos termos económicos, os resultados son moito máis negativos do que se esperaba coa subida do ive, en termos de defensa da Cultura como un ben social, colectivo, necesario, e en termos dun erro político apelo ademais a este ambiente e clima estival que estamos vivindo hoxe aquí, e a ver se somos capaces tamén de sumarnos todos ó apoio do acordo que se trae a moción, que paso a ler, que é moi breve, que é: Que o Pleno da Deputación de Pontevedra únese ás demandas dun ive reducido para as actividades artísticas similar ó que contaba antes do 22 de xullo do ano pasado; e, o segundo punto do acordo, é dar conta deste acordo do Pleno ó Ministro de Cultura e ó Presidente do Goberno do Estado. Moitas gracias. Sr. Figueroa Vila.- Nós vamos a votar en contra desta moción e sobre todo porque hai unha cuestión moi clara, é dicir, o representante do Partido Socialista, loxicamente, fai un discurso onde parece que o responsable de todo é o goberno do Partido Popular. E, bueno, aquí hai unha cuestión moi clara, que sería un debate recorrente, que non imos a facer, evidentemente, neste Pleno desta Corporación, pero si poderíamos falar, loxicamente, da situación ma que se encontrou o goberno cando chegou o Partido Popular. E aquí, bueno, pois, unha economía estancada, cunha débeda de máis de 900 mil millóns de euros, dixeron que tiñan un déficit do 6% e ó final era do 8,5%, 30 mil millóns máis do previsto, a renda dos españois en niveis do 2004, con recortes sociais, se reduce un 5% a nómina dos funcionarios de forma permanente, se conxelaron as pensións por primeira vez na historia, se subiu o IRPF na nómina en máis de 10 millóns de contribuíntes, subiu o ive xeral do 16 ó 18%, aí non dixeron absolutamente nada vostedes, se suprimiron axudas, se provocou a destrución de empresas e autónomos en 400 mil empresas e 775 mil autónomos, é dicir, eu creo que podiamos seguir falando de por que un goberno do Partido Popular ten que tomar estas decisións, decisións que non gustan a nadie pero que, evidentemente, para que España poida saír da situación da crise que se encontra e o obxectivo fundamental do crecemento económico, pois, medidas se teñen que tomar e medidas se teñen que tomar importantes e que, dende logo, si que afectan, evidentemente, ós cidadáns, pero, sabendo que esa situación herdada provoca estas decisións. Podiamos seguir con este debate, pero bueno, nós vamos a votar en contra porque nos parece que o Partido Popular está actuando dunha maneira responsable, a situación pois pouco a pouco se vai resolvendo, pouco a pouco, con moitisimas dificultades, e esperemos que no futuro pois este tipo de medidas sirvan para que, loxicamente, esas decisións que se tomen agora a curto e medio prazo frutifiquen e, loxicamente, todos poidamos saír desta situación e da mellor maneira posible e que se siga xerando emprego, que creza a economía, e, dende logo, que se poida beneficiar a todos os sectores que co crecemento da economía é o mellor remedio que se pode plantexar. ¿Máis intervencións?. Pois votamos. Sr. Cacabelos Rico.- Ah, Ben. Gracias, moi brevemente, home, a verdade é que xa me estrañaba que hoxe tivéramos un Pleno, o Pleno que fóra todo unánime, pero, lamento, lamento que o Partido Popular neste caso non se sume a esta moción. Estamos sempre co mesmo debate e eu vou facer unha pequena síntese, pero estamos sempre co debate de responsabilizar, e home, Sr. Figueroa, o contador xa se baixou, nas últimas eleccións xerais á agora, para o Partido Popular, o Partido Socialista pagou como políticamente e en democracia se paga nun país, perdendo o goberno de España, polo tanto, agora, os responsables a día de hoxe, claramente, son o Partido Popular é o que está tomando estas medidas, critican as medidas tomadas polo anterior goberno do Partido Socialista, pero é que vostedes non fixeron absolutamente nada por cambiar esas medidas, incluso afondaron nelas, non me fale de pensións porque temos, recordamos como o Sr. Presidente, o Sr. Rajoy, falaba de que nunca tocaría as pensións e agora é o primeiro que fai. Non falemos dos sueldos dos funcionarios porque se o anterior executivo tivo que tomar medidas vostedes agora son peores. E, dende logo, a voz, as voces da política fiscal que está levando este goberno xa non soamente son da oposición senón dentro do seu propio partido, que están a recoñecer que ese é un erro e que se están equivocando, por iso estamos pedindo, no ámbito, non estamos falando do ive a nivel xeral, estamos falando no ámbito de Cultura, porque ademais cremos que é un sector que dende os poderes temos que apoiar, temos que promover, temos que respaldar, temos que tutelar e temos que incentivar. A medida de subir un 13% o custe final, porque iso é o que supón a un consumidor, o consumo dos produtos culturais, consideramos que é un erro e moitos dos membros do Partido Popular, ese xarrón chinés que se chama Aznar tamén o di, estanse vendo que son totalmente equivocados. E respecto a que están resolvendo esta crise, bueno, permítame outorgarlle aquí o beneficio da dúbida porque dende logo nós no vemos, eu lle pregunto ¿onde está?, porque seguimos tendo unha taxa do paro que supera o 25%, non vemos que haxa datos macroeconómicos que avalen esa recuperación, estamos nun período que son todo anuncios, pero os datos non avalan isto. Insisto, apelamos á responsabilidade, estamos a falar dun sector importante, dun sector estratéxico, dun sector punteiro en España en moitos ámbitos, en moitas disciplinas dentro da Cultura, e, dende logo, cremos que sería de recibo apoiar hoxe esta moción de reducir o ive ó ámbito da Cultura. Gracias. Sr. Figueroa Vila (Sr. Presidente).- Moitisimas gracias. Pois poñémolo a votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Os demais votan a favor. Queda rexeitada. O Pleno acorda por maioría de votos, en contra da Moción, do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE sobre a aplicación dun IVE reducido ás actividades artísticas. 7.6377.- DECLARACIÓN CONXUNTA SOBRE A SITUACIÓN DA EMPRESA PESCANOVA Sr. Figueroa Vila (Sr. Presidente).- Punto 7. Declaración conxunta sobre a situación da empresa Pescanova. Bueno, esta era unha declaración que se tiña xa preparada dende hai dous meses e, bueno, ¿algunha intervención?. Pois se non hai intervención votamos. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Todos a favor. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por unanimidade, aprobar a Declaración conxunta dos grupos provinciais do Partido Popular (PP), Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e Bloque Nacionalista Galego (BNG), para respaldar ós traballadores/as de Pescanova. Dita Moción é como segue: “MOCIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS PROVINCIAIS DO PARTIDO POPULAR (PP), PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA (PSdeG-PSOE) E BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG), PARA RESPALDAR ÓS TRABALLADORES/AS DE PESCANOVA Os grupos provinciais do Partido Popular (PP), Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e Bloque Nacionalista Galego (BNG), ó abeiro da lexislación vixente, presentan diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción conxunta para apoiar ós traballadores/as da empresa Pescanova. EXPOSICIÓN E MOTIVOS 1. A empresa Pescanova, fundada no ano 1960, desenvolveu dende os seus inicios unha tecnoloxía punteira e innovadora que lle permitiu obter un gran crecemento e posicionarse como líder indiscutible no mercado nacional e internacional. 2. Pescanova está presente actualmente en máis de 20 países dos 5 continentes, mantendo a súa sede central en Chapela, Redondela, dende a súa constitución hai 53 anos. Ten unha flota propia de máis de 100 buques, preto de 50 instalacións de acuicultura e máis de 30 plantas de procesamento. Vende con 16 marcas comerciais propias e emprega a unhas 10.000 persoas en todo o mundo. 3. No caso concreto da Comunidade Autónoma de Galicia, esta empresa ten asalariadas a máis de 1.500 persoas. Asemade, cuantifícanse en 5.000 o número de postos de traballos indirectos creados en torno á actividade de Pescanova. 4. Ó longo da súa traxectoria esta empresa precisou da colaboración das institucións públicas. Por exemplo, nos anos 90 a Xunta de Galicia mobilizou da orde de 42 millóns de euros para evitar que a multinacional holandesa Unilever se fixese co control da compañía. 5. Actualmente a compañía vive un momento de incertidume. O día 1 de marzo de 2013 solicitou o preconcurso de acredores a causa da súa débeda e actualmente o seu futuro é incerto. Como consecuencia, os traballadores ven perigar os seus postos de traballo e anuncian mobilizacións . 6. Pescanova é unha empresa sumamente relevante para a provincia de Pontevedra e para a Comunidade Autónoma de Galicia, non só polas súas raíces autóctonas, senón e principalmente pola súa repercusión no ámbito social, económico e en múltiples sectores do tecido produtivo, especialmente no relativo á pesca e á acuicultura de fonda raizame galega. Polas anteditas razóns, os tres grupos políticos na Deputación Provincial (PP, PSdeG-PSOE e BNG) presentan esta moción conxunta diante do Pleno da Corporación Provincial para a súa consideración e para que se adopte o seguinte ACORDO: 1. Manifestar o apoio da Deputación Provincial de Pontevedra en defensa dos traballadores que nestes intres ven perigar o seu futuro. 2. Respaldar as actuacións que decidan levar a cabo os empregados de Pescanova para defender os seus postos de traballo. 3. Solicitarlle á Xunta de Galicia que poña en marcha os mecanismos e medidas de que dispoña para contribuír a solucionar o problema da empresa e para garantir o control da sociedade de capital galego. Pontevedra 02/08/2013, José Manuel Figueroa (PP) - Héctor Santos (PSdeG-PSOE) - Cesáreo Mosquera (BNG)” b) Parte de información e control: 8.6378.- INFORME SOBRE CUMPRIMENTO DE PRAZOS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DURANTE O SEGUNDO TRIMESTRE DO 2013 EN RELACIÓN Ó DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sr. Figueroa Vila (Sr. Presidente).- Asuntos fóra da orde do día non hai. Senón hai máis asuntos damos por rematada, ¡ah! Parte de información e control. Informe sobre os cumprimentos de prazos pola Deputación de Pontevedra durante o segundo trimestre do 2013 en relación ó disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. ¿Algunha intervención?. Bueno, o prazo de pagos está establecido en 18 días, se está facendo en 18 días dende que se rexistran as facturas. O legal é ós 30 días, polo tanto, 12 días menos. Isto se informa nada máis. O Xefe do Servizo de Contabilidade elaborou sendos informes nos que figuran o conforme de Tesourería e Intervención en relación co cumprimento por parte da Deputación de Pontevedra e as Entidades Locais Escola de Enfermería e Consorcio de Bombeiros durante o segundo trimestre do ano 2013, dos prazos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Os detalles máis relevantes dos informes en canto ó cumprimento dos prazos de pago previstos son os seguintes: 1. Con referencia á data de rexistro da factura:  Pagos realizados: Pagos realizados Período medio (días) Período medio pago excedido(días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº pagos Importe total Nº pagos Importe total Deputación 18 12 3.441 5.889.946,61 73 433.096,18 Escola de Enfermería 60 43 5 4.536,33 2 20.005,89 Consorcio de Bombeiros 26 13 465.141,57  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período medio (días) Período medio excedido (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº operacións Importe total Nº opera- cións Importe total Deputación 13 74 742 1.433.854,01 6 10.687,34 Escola de Enfermería 4 3 2.484,87 Consorcio de Bombeiros 13 3 25.703,38 2. Con referencia á data da factura:  Pagos realizados: Pagos realizados Período medio (días) Período medio pago excedido (días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº pagos Importe total Nº pagos Importe total Deputación 33 22 2.426 3.993.330,52 1.088 2.329.712,27 Escola de Enfermería 66 48 5 4.536,33 2 20.005,89 Consorcio de Bombeiros 26 13 465.141,57  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período medio (días) Período medio excedido (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº operac. Importe total Nº opera. Importe total Deputación 27 76 922 1.745.836,22 98 433.839,10 Escola de Enfermería 34 61 2 2.000,87 1 484,00 Consorcio de Bombeiros 16 3 25.703,38 3. Intereses de demora pagados: Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga: Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 0 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00 € O Pleno queda enterado do contido dos informes sobre cumprimento de prazos pola Deputación Provincial de Pontevedra e as Entidades Locais Escola de Enfermería e Consorcio de Bombeiros, durante o segundo trimestre de 2013, en relación ó disposto na Lei 15/2010, de modificación da Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais. 9.6379.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Figueroa Vila (Sr. Presidente).- Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Si. Dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales entre el 23 de junio y el 29 de julio; luego, también, Resolución Presidencial delegando las atribuciones de la Presidencia durante la ausencia del Presidente, desde el 22 al 24 de julio, en el Vicepresidente Sr. Figueroa. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 23 de xuño e 29 de xullo do ano 2013 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 19 de xullo de 2013 delegando as atribucións da Presidencia durante os días 22 ó 24 de xullo, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. 10.6380.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Figueroa Vila (Sr. Presidente).- Rogos e preguntas. Non hai. Si hai. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Vou a facer un cursilliño aí acelerado de manexo. Sr. Figueroa Vila (Sr. Presidente).- Non teño ningún interese. Sr. Mosquera Lorenzo.- De manexo de, non, pero cando toque, é ben saber de todo. Bueno, un par de, un comentario e demais. Bueno, antes parece que, que este é un Pleno así de trámite e con espírito veraniego, como se fose navideño, é un Pleno normal no que hai uns posicionamentos e punto, dígoo, porque se queda esa sensación, dende logo, non é a que temos nós. Pero, quería facer un rogo que é con respecto a un evento que se inventou aquí nesta Deputación, no ano 2005, senón me esquezo, 2006, que se celebraba no mes de agosto e que consistía no reparto de medallas de ouro, distincións, e, en fin, accésits, loas e chapas varias. Parece ser, porque non vén a este Pleno o nomeamento, esa proposta de Medalla de Ouro, parece ser que non vai ser nas datas previstas, co cal queremos entender que hai tomada unha decisión, por activa ou por pasiva, de suprimilas, cousa que a nós nos alegraría moitisimo porque sempre é un asunto moi conflitivo e, senón recordamos mal, as dúas primeiras que se deron creo que foron Caixanova e Pescanova, sempre son moi conflitivas, estas porque se lle dá a alguén, non se lle dá a outro e aínda por riba hai os riscos, verdade, por iso, normalmente hai toda unha serie de cuestións que non se fan, son hábitos, só se lle poñen rúas a persoas mortas e cousas así polo risco de que poida haber despois disfuncións ou situacións francamente feas. Entón, senón se vai celebrar entendemos que cambiarlle de data non se ve ningunha razón para facelo, non vén aquí, supoñemos, polo menos é o que se nos dixo, e que non van ser no período, na data normal, na data en que se estaba celebrando, co cal non parece ter moito sentido mantelas, ¿non?, ou sexa, tal e como estaba. O noso rogo, a nosa solicitude, é que desaparezan e xa está, non pasa absolutamente nada, o ritmo este de distinción xa sabemos como é, houbo unha época nesta casa hai anos, sobre todo alá nos anos, hai 50 anos que se daban medallas de ouro e chapas a mansalva, despois deixáronse de dar, despois volvéronse a dar. Bueno, pois volvemos a outra época de non dalas así non se agotan os posibles candidatos e demais, deixámolo para outra volta. Sr. Figueroa Vila (Sr. Presidente).- Se lle contestará. En calquera caso dicirlle que se manterán estes premios pero por decisións, que creo que agora non sería o máis doado dalas, se van aprazar pois nuns días e nunhas semanas. Consideramos que este non é o momento máis oportuno, por diversas circunstancias, por circunstancias de acontecementos moi recentes que nos parece que, bueno, que aprazalo non significa absolutamente nada senón todo o contrario. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, senón me acordo mal solía coincidir aí sobre o 10-12 de agosto ou o 15-17-14 e demais, home, non sei se é, as razóns ás que se refire non será que as vacacións. Sr. Figueroa Vila (Sr. Presidente).- Non, Sr. Mosquera aí … Sr. Mosquera Lorenzo.- Tíñano que pensar antes. Ou non será o accidente, porque isto vai dar para todo, vamos, vai dar, tiña que estar pensado antes. Sr. Figueroa Vila (Sr. Presidente).- Sr. Mosquera, cada un pode entender o que considere oportuno. Eu lle digo, lle estou dicindo que se van a celebrar, que vai haber ese acto, pero que consideramos o equipo de goberno que este non era o momento máis axeitado para celebrar ese acto e, sobre todo, para tomar unha decisión cando se ía a tomar nun momento pois duro para esta Comunidade e para esta Provincia, polo tanto, punto. Permítanme, eu creo que entendemos todos perfectamente cal é o motivo e creo que actuamos correctamente. Lle estou dicindo que se van a celebrar e que o momento oportuno non é este para dar este tipo de distincións, punto. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición