ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2015/06/23_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.835/1.2015-06-23_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2015/06/23_Extraordinaria

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 5 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte e tres de xuño do ano dous mil quince, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D.Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Fernando Guitián Guitián, D. Severino Reguera Varela, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os deputados provinciais: D. Horacio Gil Expósito e Dna. Marta Iglesias Bueno. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23605.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE SINTÉTICO DE FORNELOS-OURAL (SALVATERRA DE MIÑO)” A Xunta de Goberno, en sesión de 19/06/2015, prestou aprobación a un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Salvaterra de Miño, co obxecto as obras do campo de fútbol de céspede sintético de Fornelos-Oural. E sendo preciso definir de forma clara e precisa o obxecto do contrato antes da licitación, tal e como establece o artigo 121 do R.d.l. 3/2011, do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, de aquí en diante TRLCSP, redáctase o pertinente proxecto, por NAOS 04 ARQUITECTOS, S.L.P. Os servizos técnicos da Deputación verificaron o cumprimento das disposicións de carácter legal e técnico, comprendidas no artigo 123 do TRLCSP. Polo Servizo de Intervención emitiuse informe certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto na aplicación orzamentaria 15/922.3420.652.00. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011 TRLCSP, no seu apartado 1, faculta o Ilustrísimo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto “Campo de fútbol de céspede sintético de Fornelos-Oural (Salvaterra de Miño)”, co seguinte detalle: Redactor NAOS 04 ARQUITECTOS, S.L.P. Importe de execución sen IVE 365.611,26 € IVE (21%) 76.778,36 € Total 442.389,62 € Prazo de execución 10 meses 2.23606.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “EDIFICIO DE USOS NAÚTICO-DEPORTIVOS NA ILLA DE AROUSA” A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 19/06/2015, aprobou un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello da Illa de Arousa, co obxecto de levar a cabo a obra para a construción dun edificio de usos náutico-deportivos, concedendo, no mesmo acto, unha subvención á dito concello para tal fin. E sendo preciso definir de forma clara e precisa o obxecto do contrato antes da licitación, tal e como establece o artigo 121 do R.d.l. 3/2011, do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, de aquí en diante TRLCSP, redáctase o pertinente proxecto, polo Servizo de Arquitectura da Deputación Provincial. Os servizos técnicos da Deputación verificaron o cumprimento das disposicións de carácter legal e técnico, comprendidas no artigo 123 do TRLCSP. Polo Servizo de Intervención emitiuse informe certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto, na aplicación 15/942. 9420.652.09. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011 TRLCSP, no seu apartado 1, faculta o Ilustrísimo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto “Edificio de usos náutico-deportivos na Illa de Arousa”, co seguinte detalle: Redactor D. José Enrique Pérez-Ardá Criado Importe de execución sen IVE 1.404.958,68 € IVE (21%) 295.041,32 € Total 1.700.000,00 € Prazo de execución 18 meses E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición