Fondos
2014-06-27_Ordinaria. Acta de sesión 2014/06/27_Ordinaria
Acta de sesión 2014/06/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.829/2.2014-06-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2014/06/27_Ordinaria
Data(s) 2014-06-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 46 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 27 de xuño do 2014 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinte e sete de xuño do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez, Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten os Sres. Deputados Don Horacio Gil Expósito (PP) nin Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Diz. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días. Vamos a dar comezo a esta sesión da corporación provincial. Xa, como marca a regulamentación, neste caso, pois coa imaxe de Felipe VI, que forma parte xa do salón de plenos da corporación provincial. 1.6484.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación dos borradores das actas das sesións ordinarias dos días 13 e 20 de xuño 2014, respectivamente. Sr. Interventor.- No, no. Creo que te has confundido, esta es la de la Xunta de Goberno. Sr. Presidente.- Bueno, do borrador da sesión ordinaria do día 30 de maio, perdón, de 2014. ¿Estamos de acordo?. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión ordinaria, do día 30 de maio de 2014. a) Parte resolutiva: 2.6485.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE O GROVE DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRO NA TESOURERÍA DO CONCELLO, COA EXCEPCIÓN DAS SANCIÓNS POR INFRACCIÓNS DE TRÁFICO E DAS SANCIÓNS PREVISTAS NAS ORDENANZAS DE LIMPEZA E MEDIO AMBIENTE, LIMPEZA E VALADO DE SOARES E DE POLICÍA, BO GOBERNO E MEDIDAS PARA FOMENTAR E GARANTIR A CONVIVENCIA CIDADÁ NO ESPAZO PÚBLICO DO CONCELLO Sr. Presidente.- Punto número dous. Delegación do concello do Grove das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na tesourería do concello, coa excepción das sancións por infraccións de tráfico, e das sancións previstas nas ordenanzas de limpeza e medio ambiente, limpeza e valado de soares e de policía, bo goberno, e medidas para fomentar e garantir a convivencia cidadá no espazo público do concello. Bueno, pois en principio nos vamos encargar desta tarefa, esperando tamén que algún día nos poidamos encargar da recadación, neste caso do concello do Grove, que creo que se leva de maneira, de xestión propia no concello. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello do Grove na sesión celebrada o día 28 de abril de 2014 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello, coa excepción das sancións por infraccións de tráfico e das sancións previstas nas ordenanzas de limpeza e medio ambiente, limpeza e valado de soares e de policía, bo goberno e medidas para fomentar e garantir a convivencia cidadá no espazo público do concello. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello, coa excepción das sancións por infraccións de tráfico e das sancións previstas nas ordenanzas de limpeza e medio ambiente, limpeza e valado de soares e de policía, bo goberno e medidas para fomentar e garantir a convivencia cidadá no espazo público do concello. Asumindo a Deputación Provincial a competencia para ditar os actos correspondentes ás competencias delegadas, incluída a emisión da correspondente providencia de prema, así como os medios de revisión tributarios. Delegación efectuada, de conformidade co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004, polo Pleno do concello do Grove na sesión que tivo lugar o 28 de abril de 2014, segundo se detalla. Debéndose proceder, unha vez aceptada a delegación polo Pleno Provincial, á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina dito art. 7.2 "in fine". 2. Esta delegación do concello do Grove será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios, e sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 03/05/2013, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) desta Deputación de Pontevedra, aprobada polo Pleno da Deputación en data 22/02/2013 e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, na normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3. Ambas entidades conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación Provincial. O concello deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición do concello os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. 4. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello do Grove así coma os demais documentos que procedan. 5. A delegación efectuada polo Pleno do concello do Grove publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.6486.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE MORAÑA DAS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN, RECADACIÓN E REVISIÓN DAS ALTAS NO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA Sr. Presidente.- Punto número tres. Delegación do concello de Moraña das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación, e revisión das altas no imposto de vehículos de tracción mecánica. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Moraña na sesión celebrada o día 29 de abril de 2014 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica (Altas IVTM). Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica (Altas IVTM). Delegación efectuada, de conformidade co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004, polo Pleno do concello de Moraña na sesión que tivo lugar o 29 de abril de 2014, segundo se detalla. Debéndose proceder, unha vez aceptada a delegación polo Pleno Provincial, á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina dito art. 7.2 "in fine". 2. Esta delegación do concello de Moraña será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios, e sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 03/05/2013, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) desta Deputación de Pontevedra, aprobada polo Pleno da Deputación en data 22/02/2013 e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, na normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3. Ambas entidades conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación Provincial. O concello deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición do concello os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo a súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. 4. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Moraña así coma os demais documentos que procedan. 5. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Moraña publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6487.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE OIA DAS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN E REVISIÓN DA TAXA POR SUMIDOIROS Sr. Presidente.- Punto número catro. Delegación do concello de Oia das facultades de xestión, inspección e revisión da taxa por sumidoiros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Oia na sesión celebrada o día 24 de abril de 2014 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión, inspección e revisión da taxa por sumidoiros Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de xestión, inspección e revisión da taxa por sumidoiros. Delegación efectuada, de conformidade co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004, polo Pleno do concello de Oia na sesión que tivo lugar o 24 de abril de 2014, segundo se detalla. Debéndose proceder, unha vez aceptada a delegación polo Pleno Provincial, á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina dito art. 7.2 “in fine”. 2. Esta delegación do concello de Oia será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios, e sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 03/05/2013, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) desta Deputación de Pontevedra, aprobada polo Pleno da Deputación en data 22/02/2013 e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, na normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3. Ambas entidades conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación Provincial. O concello deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición do concello os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. 4. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Oia así coma os demais documentos que procedan. 5. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Oia publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.6488.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE MOAÑA DAS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN E REVISIÓN DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DA BEIRARRÚA E RESERVA DA VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CARGA OU DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE Sr. Presidente.- Punto número cinco. Delegación do concello de Moaña das facultades de xestión, inspección e revisión da taxa por entrada de vehículos a través da beirarrúa e reserva da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga ou descarga de mercadorías de calquera clase. Isto parece que hai que buscar ingresos, que non hai moitos. Punto número seis. Bueno, perdón. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Moaña na sesión celebrada o día 27 de febreiro de 2014 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión, inspección e revisión da taxa por entrada de vehículos a través da beirarrúa e reserva da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga ou descarga de mercadorías de calquera clase. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de xestión, inspección e revisión da taxa por entrada de vehículos a través da beirarrúa e reserva da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga ou descarga de mercadorías de calquera clase. Delegación efectuada, de conformidade co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004, polo Pleno do concello de Moaña na sesión que tivo lugar o 27 de febreiro de 2014, segundo se detalla. Debéndose proceder, unha vez aceptada a delegación polo Pleno Provincial, á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina dito art. 7.2 "in fine". 2. Esta delegación do concello de Moaña será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios, e sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 03/05/2013, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) desta Deputación de Pontevedra, aprobada polo Pleno da Deputación en data 22/02/2013 e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, na normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3. Ambas entidades conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación Provincial. O concello deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición do concello os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. 4. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Moaña así coma os demais documentos que procedan. 5. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Moaña publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 6.6489.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO Nº16/2014 Sr. Presidente.- Punto número seis. Expediente de transferencia de crédito nº 16/2014. Sr. Figueroa Vila. Sr. Figueroa Vila.- É un expediente de transferencia de crédito, por un importe de 165.000 euros, que o único que se fai é que se diminúe o capítulo sete e se pasa ó capítulo seis. É a construción dunha grada dun campo de fútbol de Cangas, é unha cuestión puramente, puramente técnica, é dicir, se entende que é a mellor maneira de tramitalo, porque o concello ten o diñeiro nunha partida do capítulo sete, e, polo tanto, é pasalo ó capítulo seis para que así coincida o expediente e se poida conformar axustándose á legalidade vixente. Non hai incremento, non hai, de partidas, é a mesma partida, polo tanto, é un cambio do capítulo seis, sete ó seis. Sr. Presidente.- Don Cesáreo Mosquera. Grazas Sr. Figueroa. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, este, este expediente é unha cousa estraña, ¿non?, digo estraña sobre todo pola falta de explicación, o outro día na comisión preguntouse expresamente por parte deste grupo que é o que, que é o que sucedera, e non houbo maneira de que se explicara, e hoxe no Pleno volve a suceder, volve a suceder o mesmo. A ver, para enterarnos, hai unha, unha transferencia, chámalle subvención, de capital ó concello, a partida está aí, 165.263,19, e agora vén cambiada para o seis, ou sexa, que vai ser a Deputación a que faga as obras. Entón, ¿cales son as razóns para facelo así?, non houbo maneira de explicalo, non sei se hai tal dificultade para sabelo, pode ser calquera dificultade técnica, de que o concello teña débedas coa Deputación ou non se poida transferir, bueno, ou problemas entre o concello e o Alondras, ¿non?, que é o que está no campo, pode ser calquera cousa, pero sen sabelo, e non houbo maneira que o outro día nolo explicaran na comisión, nin que hoxe nolo explican aquí. Sr. Presidente.- Pero, ¿que se explicara que?, ¿que se explicara?. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Por que?, ¿por que esta obra?, que se a Deputación lle ía mandar cartos ó concello para facela, agora vai facela a Deputación directamente, está no capítulo seis, pásase ó capítulo seis, ¿cal é a razón?. Sr. Presidente.- Pois, supoño que será unha razón técnica, o importante é facer a actuación. Aí, isto vén dado, que se explique ben, de que ó concello de Cangas se lle compensa economicamente porque houbo que detraerlle cantidades moi importantes de débedas, non sei se anteriores ou actuais, vamos a, tal, para que quede claro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, entón. Sr. Presidente.- Só, o único que falta era a mecánica, supoño que delegaron por tramitación de rapidez, que vostede diso sabe ben, que na capacidade de xestión da Deputación hai un grado de rapidez maior, que ó mellor no ámbito da administración local, porque ademais aí, formaba parte un acordo, co, se mal non recordo, co Alondras, que, en principio, o Alondras era titular dese ben, que agora hai un acordo entre as tres partes: concello, Alondras e Deputación. Bueno, eu estou falando da información que recordo, dos acordos que se estableceron. Polo tanto, o importante é o fin, non sei, xa digo, cal é o matiz ese, pero. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, o matiz, o matiz si é importante, porque por exemplo, se é que o concello ten dificultades porque o ben non é propio, bueno, se é porque o concello, a Deputación llo ten que compensar, vale, entón hai que conseguir que vaian os cartos, outros concellos tamén podían facer o mesmo, e dicir, “non, fágame a obra e así non me detrae”, non é o mesmo. Sr. Presidente.- Isto non vén de agora, isto vén de. Sr. Mosquera Lorenzo.- Xa. Bueno, por iso queriamos saber cal era o motivo, porque se o motivo é que se lle van dar os cartos ó concello e hai que detraerlle a metade porque ten débedas coa Deputación, entón, outros concellos tamén dirán, “oiga, fágame vostede a obra, e así non lle compenso, xa lle pagarei cando sexa”; claro, é que non é mesmo, entón, abramos a espita para o resto dos concellos. Sr. Presidente.- Non, home non. Pero vostede sabe. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non é o mesmo. Sr. Presidente.- Iso entra dentro da negociación. Sabe que, eu por iso lle dixen, xa lle deixei caer de que isto corresponde a que só nun ano a Cangas se lle detraeron máis dun millón de euros, e esta actuación é bastante menor diso. Polo tanto, era unha cuestión que estaba prevista desde hai uns anos atrás, esta actuación non se puido levar a cabo hasta que tiveran o proxecto máis o acordo. E, polo tanto, vistas as características creo que é unha actuación lóxica, que está alí para ver, sobre todo por un motivo de seguridade, non era por outra cuestión. Aquilo está, pois nun estado, eu estiven alí co Alcalde e cos enxeñeiros daquí e máis do concello, e está nun estado bastante lamentable. Polo tanto, xa digo, o importante eu quero dicir que é o fin e non a mecánica, e incluso se entende para facelo o antes posible, porque en agosto comeza de novo o campionato de liga para o Alondras, e vai haber unhas obras alí, e, polo tanto, bueno, pois hai que ver como, en que condicións se fan e todo iso, para poder garantir, porque non hai outra instalación, que eu recorde. ¿Algunha cuestión máis?, por aí, ¿algunha intervención?, ¿algunha intervención máis?. Polo tanto, procedemos a votación do expediente número 16/2014. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A xefa de Servizo de Cooperación, mediante escrito de data 10 de xuño de 2014 manifesta a necesidade de proceder á “execución da nova grada do Alondras C.F.” contra a aplicación 14/922.342.658.00 do vixente orzamento provincial, e que para dispoñer de crédito adecuado e suficiente en dita aplicación procede efectuar unha transferencia de crédito da aplicación 14/942.942.762.45 á aplicación 14/922.342.658.00 por importe de 165.263,19 €. Visto o informe de Intervención, de data 16 de xuño de 2014, no que deixa constancia de que a proposta que efectúa a responsable do centro xestor cumpre cos requisitos previstos na normativa vixente aplicable, que a proposta razoa suficientemente as variacións de crédito nas distintas aplicacións, que comprobouse a existencia de crédito dentro da aplicación a minorar, e que nesta aplicación expediuse o correspondente documento RC polo importe que se minora. Considerando o previsto nos artigos 179 e 180 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, nos artigos 40,41 e 42 e concordantes do RD 500/90 de 20 de abril polo que se desenvolve o Capítulo primeiro do Título sexto da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, en materia de presupostos. Considerando a base 10ª apartado 3.a de execución do vixente orzamento provincial que establece que o órgano competente para aprobar este expediente é o Pleno da Corporación, por tratarse de transferencias de crédito entre distintas áreas de gasto que non afectan a gastos de persoal. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: Primeiro.- Aprobar o expediente de transferencia de crédito número 16/2014 por importe total de 165.263,19 euros, incoado pola Xefa de Servizo de Cooperación, minorando crédito nos importes e nas aplicacións orzamentarias que se indican e incrementando crédito polos importes e nas aplicacións orzamentarias que se detallan a continuación: Aplicacións que aumentan crédito CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 14/922-342-658,00 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO - INSTALACIÓNS DEPORTIVAS 165.263,19 € Total........................................................ 165.263,19 € Aplicacións que minoran crédito CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 14/942-942-762,45 TRANSFERENCIAS A CONCELLOS, INVESTIMENTOS PUSIM 2014 (CANGAS) 165.263,19 € Total........................................................ 165.263,19 € Segundo.- O expediente de transferencia de crédito número 16/2014 será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 7.6490.- CORRECCIÓN DE ERRO NO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 02/2014 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (SUPLEMENTOS DE CRÉDITO SUP.02/14) Sr. Presidente.- O punto número sete. Era corrección do erro no expediente de modificación de crédito 2/2014 da Deputación de Pontevedra (Suplementos de crédito SUP02/14). Bueno, isto supoño que será, así. Adiante Sr. Figueroa Vila.- É un expediente parecido, o que pasa é que é a inversa, é dicir, se lle dá asociación vía subvencións, e pasa do capítulo seis ó capítulo sete, e por cuestións tamén puramente técnicas. De Intervención nos asesoran que esta é a mellor maneira, debe haber algún problema de algunha titularidade de algún terreo, e o importante é que se cumpra co obxectivo que é o financiamento deste convenio para a rehabilitación do Pazo da Mercé nas Neves. Está contemplado dentro do propio presuposto e o único que se fai é, se pasa do capítulo seis ó capítulo sete. Sr. Presidente.- Bueno, isto era ademais co fin de que non perderan un edificio singular, quizás no sur da provincia de Pontevedra, que non perderan, á parte da cantidade que vai a destinar a Deputación, a axuda que tiñan concedida, que creo que era de 300.000 euros, ¿non?, ou algo así; e o mesmo tempo, xa digo, conservar un edificio que está a punto de virse abaixo. É que é un edificio, bueno, pois, singular, creo que se ven o expediente todos coñeceran, ou a inmensa maioría, coñeceran ese edificio, porque non é habitual velo en moitos concellos de Pontevedra e de Galicia. Sr. Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- No que, a razón esa que o Presidente, e, perversamente, creo, argueu antes que era pola axilidade, bueno, neste caso, entón é para que non haxa axilidade. Sr. Presidente.- Non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero, porque, no anterior pasouse de xestionalo o concello a xestionalo a Deputación por axilidade, que bueno, a axilidade que xa se veu no plan aquel que no POS sempre se adxudicaba no ano, e aínda hai obras sen adxudicar do 2011, creo, pero bueno, na Deputación. Agora será ó revés, agora será para que non haxa axilidade, ¿non?. Sr. Presidente.- Non. Pero no ámbito anterior, é que vostede entende ben, pero ás veces cústalle traballo. No anterior eran entre dúas administracións, neste caso concello de Cangas-nós, máis o Alondras que puxo á disposición ese ben. Aquí neste caso é porque quen ten concedida unha subvención é un colectivo, que non me acorda como se chama, pois, que é de esa zona, que é o titular desa instalación, e que ten que xustificala ela mesmo, e ten ela a aportación dos trescentos mil, que non a ten concello, tena o colectivo este: Asociación escola familiar agraria a Cancela das Neves. E polo tanto, eles son quen teñen que xustificar a súa propia actuación ante outra administración, que debe ser fondos comunitarios, e polo tanto, por iso se fixo desa maneira, estiveron, eu sei ademais aquí estivo, estiveron os directivos do mesmo, estivo o Alcalde con Intervención para intentar articular, xa digo, porque vamos moi xustos de prazo, esta é unha cuestión que vén de tres, catro anos atrás, e o límite de prazo se acababa, e polo tanto, pois corrían serio risco de perder ese financiamento, que, bueno, non é unha cuestión menor, que hai que aproveitar se se pode, ¿non?, e creo que neste sentido vai para un ben e para un fin de interese xeral. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, vamos a ver, hai que ser un pouquiño rigorosos na argumentación e demais, e non usar unha vez unha e outra vez outra. Estanos dicindo, que tanto o do Alondras, tanto o punto seis, como o punto sete veñen de hai tres, catro anos, pero aínda teñen tempo, ¿verdade?, vale. Entón resulta que no expediente de modificación de crédito que veu o pleno pasado, despois de tres, catro anos, méteno un e máis outro, e resulta que agora, ós dous días, danse conta de que por non sei que cousas que non acabamos de aclararnos, porque nono acaban de aclarar vostedes, e, si, o do Alondras que, e isto tampouco seguimos, isto parece que é algo máis claro, pero, méteno para cambiar, para cambialos, porque, e isto, isto é como unha rectificación, unha corrección de erro. Despois de tres anos dándolle voltas a un asunto, que, equivocarse no calibre que se fai unha obra o fai outro, francamente, parece, parece estraño, bueno, pero estas cousas pasan, na Administración, haberá o que sexa, pero ben, non me, non me, a argumentación que está dando, francamente, podía aforrala porque o único que logra é embrollar máis; se di, non, é que ten, é que collemos agora moi tarde, como collemos moi tarde, entón, bueno, vamos así á présa e enganamos, puxemos mal unha partida, bueno, pódese entender, non, vén de tres, catro anos, levabamos moito tempo con iso, vamos, se levamos moito tempo con iso entón a cousa non ten xustificación. Sr. Presidente.- Non, vamos a ver, eu, volvo a reiterar, teño que agradecer primeiro ós servizos desta casa, a Intervención, Secretaría, Tesourería, e a todos os técnicos, porque as dúas, acabo de explicar as dúas actuacións, en certa maneira, que pode haber algunha cuestión que está, vamos, legal por suposto, pero me refiro, feita con rapidez, por dicilo así, pero as dúas, unha delas primeiro, hai un inicio unha temporada, que é a temporada 2014–2015 no caso do Alondras, e nesta hai unha perda da subvención que vén demorada, porque supostamente outra administración se tiña que haber feito cargo do financiamento, e nono puxo, imos ser sensatos, ¿non?, e polo tanto, nós saímos a salvar dúas situacións, unha, porque o prazo para xustificar a subvención remata, e a outra porque se queremos que unha instalación estea de acorde ás necesidades e esixencias dende o punto de vista de seguridade, etc., e que poida incluso, como se fixo no seu día co tema de Pasaron, poidan xogar alí, pois, hai que facelo si ou si nun tempo regulamentario, eu creo que está perfectamente explicado. Sr. Figueroa Vila. Sr. Figueroa Vila.- Vamos a ver. Eu creo, que lle estamos dando voltas a unha cuestión que é puramente administrativa, puramente administrativa, non é nin política, a política é a vontade de resolver dous problemas, como di o Presidente, un en Cangas e outro nas Neves. ¿Que se produce?, nas Neves se produce unha subvención a unha asociación a través do AGADER, unha parte, lle falta outra parte, e nós a complementamos con esa parte; e os técnicos desta casa nos din, que é mellor que isto vai polo capítulo sete, para recibir a subvención a entidade e que poidan construír a obra, perfecto, primeiro tema resolto. Que non ten de fondo ningunha cuestión política, senón que é puramente administrativa. E co campo do Alondras pasa exactamente igual, hai unha subvención que non se dá, non chega o diñeiro e se complementa co capítulo seis, porque se considera que é o mellor. As dúas partidas están no presuposto, hai partida presupostaria no presuposto do ano 2014, que sería o realmente importante, que tivésemos consignación, a temos. Polo tanto, é unha cuestión, eu diría que dos técnicos, é dicir, é que non deberiamos nin de estar explicando isto, é dicir, pois mire, está o Interventor aí, que o explique el, o por que, e se acabou, é dicir, é unha cuestión puramente técnica na que nós non imos a entrar, non hai ningunha salvedade, non hai ningún reparo, non hai absolutamente nada, eles son os que fan a proposta, nós lle dicimos, politicamente, hai estes dous temas encima da mesa administrativamente para resolver, e se resolven desta maneira. E, ¿por que hai que traelo aquí?, porque hai que traelo a pleno, porque é unha decisión de pleno de facer esta modificación desta transferencia, dar conta nada máis. Polo tanto, eu creo que estamos liando algo que non ten ningún sentido, o que tiñamos que estar explicando, seguramente, é que, para que é a subvención das Neves, para que é a subvención de, de o Alondras, etc., etc., ¿para que?, para o que di o Presidente, unha, porque se pode perder unha subvención de fondos europeos, e outra porque dentro de quince días empeza a temporada e o Alondras non ten o campo rematado para empezar a súa liga. E iso é o fondo realmente do tema, o demais que o expliquen os técnicos, nós, evidentemente, traemos aquí un informe técnico, porque pasa do capítulo sete ó seis, e noutro pasa do seis ó sete, única e exclusivamente. A xente non sabe nin o que é o capítulo seis, nin o sete, nin o un, nin o dous, nin o tres, sábeno os técnicos, nós o que sabemos e que vamos a por, temos a vontade de resolver estes dous problemas, e se está resolvendo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa Vila. Isto, bueno, eu creo que todos xa, máis ou menos, temos claro, polo tanto, o interese desta cuestión, e vamos a proceder a súa votación. Votamos o punto sete, ¿non?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Deputación de Pontevedra, en sesión ordinaria celebrada o 30 de maio de 2014 aprobou con carácter provisional o expediente de modificación de crédito número 02/14 da Deputación de Pontevedra (crédito extraordinario EXT.02/14 e suplemento de crédito SUP.02/14). Resultando que no suplemento de crédito SUP.02/2014 consignáronse 156.576,26 €, na aplicación 14/330-334-658.02 “Investimentos xestionados en convenio con institucións e asociacións sen fins de lucro”, para levar a cabo o expediente de “Rehabilitación de edificios - Pazo da Mercé (As Neves)”, e que dito expediente vaise tramitar en concepto de subvención, sendo o beneficiario a “Asociación Escola Familiar Agraria A Cancela – As Neves” procede realizar unha corrección de erros no senso de modificar a aplicación 14/330-334-658.02 por importe de 156.576,26 € pola aplicación 14/330-334-789.04 polo mesmo importe. Considerando o disposto nos artigos 177, 179 e 180 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais; nos artigos 34 a 38 e 40 a 42 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, os artigos 2,3,11, 27 e demais concordantes la Lei Orgánica 2/2012 de 27 de abril de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira, e nas bases de execución do orzamento 2014. Considerando o artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que establece que as Administracións Públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes dos seus actos, e dado que coa rectificación proposta procedese á corrección dun erro material do expediente de suplementos de crédito 2/2014, aprobado mediante acordo Plenario de 30 de maio de 2014. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: Primeiro.- Rectificar o acordo do Pleno da Deputación de Pontevedra da sesión do 30 de maio de 2014 de aprobación do expediente de modificación de orzamento 02/14 (suplemento de crédito SUP. 02/2014) da Deputación no seguinte senso: Onde se recolle: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 330-334-658.02 INVESTIMENTOS EN CONVENIO CON INSTITUCIÓNS E ASOC. SEN FINS DE LUCRO, (Rehabilitación edificios “Pazo da Mercé – As Neves). 156.576,26 € Debe establecerse: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 330-334-789.04 TRANSFERENCIAS A INSTITUCIÓNS E ASOC. SEN FINS DE LUCRO, (Rehabilitación edificios “Pazo da Mercé – As Neves) 156.576,26 € Segundo.- Publicar no Boletín Oficial da Provincia o resumo por capítulos do orzamento 2014 coa presente rectificación efectuada. 8.6491.- CLASIFICACIÓN DAS ENTIDADES LOCAIS VINCULADAS OU DEPENDENTES DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL. (DISPOSICIÓN ADICIONAL DUODÉCIMA LEI 7/85, DE 2 DE ABRIL) Sr. Presidente.- Punto número oito. Clasificación das entidades locais vinculadas ou dependentes da Deputación provincial, que neste caso é unha disposición nova, da cal dá conta o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Si. De conformidad con la Disposición adicional duodécima añadida por, mediante Ley 27/2013 de 27 de diciembre, de racionalización y sostenibilidad de la administración local, las corporaciones locales tienen que adoptar estos acuerdos en función del número, y clasificarlas, en función del número de miembros que tengan los consejos de administración o los plenos, y si hay un contrato laboral, si hay contrato mercantil o de alta dirección, decirlo. Simplemente, dar cumplimiento a esa disposición. Sr. Presidente.- ¿Isto hai que votalo?. Sr. Secretario.- Si, hay que votarlo. Sr. Presidente.- O votamos entón. ¿Votos en contra?. ¡Ah!, perdón. Sr. Rodríguez Díaz.- Si. Eu na comisión informativa formulei unha pregunta respecto ó Consorcio provincial para prestación do servizo contra incendios, e non me foi respostada, polo tanto, vouna a plantexar de novo neste pleno, porque este Consorcio é un dos organismos que quedou fora da Deputación, e son varios os concellos que dependen dese Consorcio: Bueu, Porriño, Ribadumia, Vilagarcía, e tamén un, no Deza. Sabemos que o orzamento anual é de tres coma un millóns, e a pregunta é, ¿por que a Deputación ten que pagar un director?, e, ¿como lle chaman aquí?, un xerente, ¿por que ten que pagar a Deputación xerentes, se isto o leva xa unha empresa privada?, un pouco é a pregunta que, ¿cales son as funcións deste xerente?, e, ¿por que ten que pagar a Deputación este xerente?, ¿cal é a súa función nese Consorcio?. Sr. Presidente.- Vamos a ver, a Deputación non o paga, que en todo caso pagarao o Consorcio propiamente, ¿non?, que é do cal formamos parte todos, como saben, eses concellos que acaba de dicir, pero quen financiamos realmente é a Xunta de Galicia e a Deputación. O que fixemos é poñer en marcha, pois, a mellor coordinación e a mellor labor posible nun Consorcio provincial. Resulta que antes había un xerente para un parque, para un parque, agora hai un xerente para cinco parques. Polo tanto, hai que coñecer un pouco a historia de todo isto. Creo que aínda que o estea levando unha empresa, debe existir, e creo que estaba, porque polo menos, polo que eu coñezo a persoa se dedica a iso, e contido ten máis que suficiente, debe haber unha coordinación entre todos os parques, maila xestión, ¿quen supervisa a xestión da propia empresa se esta cumprindo, evidentemente, rigorosamente co que ten contratado?, pois, evidentemente, esa é o labor que lle toca ó xerente, ou sexa, traballo ten, se quere traballar, e creo que si, ten máis, máis que de sobra, como ben se acaba de dicir está xestionando un Consorcio cun presuposto superior ós tres coma un millóns de euros, pero non é iso só, o importante é a coordinación que debe existir neste servizo que é un servizo que entendiamos aquí como vital para os cidadáns, e diso sabe ben, neste caso, o portavoz do Bloque Nacionalista Galego, que no seu día defendeu sempre a posta en marcha deste servizo, ¿non?. De aí que, bueno, pois eu confío plenamente no labor que se está facendo aí. Don Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, grazas, Sr. Presidente. Non é exactamente o que se defendeu no seu momento, é que esta Deputación, que agora coa nova, vamos, coa nova lei non se resolve tampouco, pero bueno, e diso falaremos, foi que as Deputacións prestaran os servizos que por normativa certos concellos non tiñan que prestar. E polo tanto, pois, o servizo de incendios é unha obriga que teñen os concellos de máis de vinte mil, que non todos estaban cumprindo, pero os demais non, co cal non teñen financiamento para iso, polo tanto, a Xunta e esta Deputación tiñan que facelo, era así e así ó final déusenos a razón, porque creo que non podía ser doutra maneira, non podía financiar un concello de tres mil habitantes a este servizo. E, pero con respecto ó fondo isto da, da clasificación e demais, esta Lei 27, ¿non?, 27/2013, é tal dislate, tal dislate, non sei se está feita para o concello de Madrid ou de Barcelona, ademais que, se un se lee o expediente, se lee a lei, pois resulta que dá a sensación de que as entidades, esas, consorcios ou entidades dependentes dun concello, dunha deputación, pois son unha, algo así coma o consello de administración das caixas, ou algo dese estilo, entón, clasifícanos os, fai clasificar as, estes, estes entes en función do número de membros do pleno do consello de administración, co cal sae, aquí sáenos a barbaridade de que é unha, é unha entidade, digamos, de menor categoría o Consorcio que se gasta tres coma un millóns ó ano, que a Escola de Enfermería que debe andar, non me acordo, pero que andara, ¿catrocentos mil?. Sr. Presidente.- Quinientos mil. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, bueno, catrocentos, quinientos, ¿non?, catrocentos, quinientos mil. Ou sexa, chega a estes extremos, ou sexa, resulta que é un ente, a ver, a lei e a filosofía da lei é máis perigoso, máis perigoso, pode ser máis furado, ¿non?, clasifícaos en función do número de membros, o cal resulta que está na categoría, ¿non?, dous a Escola de Enfermería e está na categoría tres o Consorcio cando gasta, gasta moitísimo, bueno, ten un presuposto moitísimo máis elevado o Consorcio cá escola, cá Escola de Enfermería, ¿non?. E, con respecto a isto, é unha obriga legal, bueno, hai unha cousa que aproveitamos para recordar, que é que a desaparición de certos entes neste casa, seguímonos mantendo en que foi un erro, foi un erro, evidentemente foi adiantarse a esta lei, ó texto desta lei, e intentar cumprir, ¿non?, ir nesa liña como se fora algo bo, cremos que non foi nada bo. Temos agora, temos un exemplo sobre a mesa, antes había un patronato do, vamos, do Museo, e alí discutíanse certas cousas, agora pois enterámonos pola prensa que a sala, digamos, estrela do Museo, que era a dos miliarios, ¿non?, pois agora vaise a converter nun restaurante. Sen información, exactamente sen saber, porque igual hai razóns de moito peso, igual hai, pero está claro que é un cambio sobre a marcha, iso nunca estivo previsto, e agora de repente cambiase. Sr. Presidente.- Está equivocado. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, pero é que, se cadra se houbese o patronato pois igual aí o podía explicar, igual o podíamos saber, esa explicación non se deu en ningún lado. O único certo, é que era unha previsión despois de anos de trámites e de, dun modelo de xestión e un proxecto de xestión do Museo que era “A”, e agora deixa de ser “A”, e é outra cousa. Bueno, iso é, iso é, creo que o restaurante estaba previsto arriba na azotea, ¿non?, non estaba previsto no soto que era, que era a Sala dos miliarios. Entón, non sei, se cadra estou equivocado, pero se viñeran alí os técnicos que estaban no patronato, estiveran e demais, igual o explicaban e o entendiamos, e diciamos moi ben, ou non, é dicir, pois non nos gusta. Agora, así, pois resulta que non creo que beneficie para nada a xestión do Museo, por exemplo, esta e digo outros, pero bueno, os puntos da orde do día que estamos falando son outros, e se quere deixámolo para rogos e preguntas que si temos o máximo interese en saber que é, que é o que sucedeu aí para que se fixera un cambio dese, un cambio dese calibre. Sr. Presidente.- Bueno, cando queira vostede máis eu unha tarde con, imos alí e, podemos dar opinións, pero creo que está funcionando todo bastante mellor do que, do que se podía pensar no momento, está ese tema que, bueno, pois podemos ter opinións diversas ou distintas en relación a se debe existir ou non un patronato, etc., pero o Museo vai moi ben neste momento, a verdade, bueno, á parte vai ir mellor incluso con ese espazo, que tamén non debe ser só para visitas coma Museo como tal, senón que ter un espazo lúdico que complemente a actividade que ten o propio museo xa en si, que é realmente importante. En segundo lugar, os miliarios están nun sitio e o restaurante está noutro, e a cafetería está noutro, e todo está perfectamente distribuído para o ben de, dos espazos que alí hai. Don. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, eu moi breve. Non dubido das funcións, da coordinación, de todo iso, pero, quizais no fondo a pregunta é, nunha empresa, nun servizo, da Deputación que xestiona unha empresa privada como esta, quen ten que facer o control de que ese servizo se fai ben, mal, regular, son os funcionarios da Deputación, non se nomea un xerente para cada cousa destas para, para iso. Polo tanto, nós cremos que incluso, o que non me quedou moi claro é quen aboa isto, se a Deputación ou o aboa o Consorcio. Sr. Presidente.- O Consorcio. Sr. Rodríguez Díaz.- Abóao o Consorcio. ¿E por que ten que vir aquí, entón, se o aboa o Consorcio?. Sr. Presidente.- Porque é un ente do cal formamos parte nós. Sr. Rodríguez Díaz.- Está ben. Grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Polo tanto, procedemos á votación. Punto número oito. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A Disposición Adicional duodécima da Lei 7/85, de 2 de abril, na redacción dada pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da administración local obriga, por un lado, a clasificar ós entes vinculados ou dependentes desta Deputación nalgún dos tres grupos que determina e, por outro, a detallar as retribucións e os conceptos retributivos daquelas persoas que mediante contrato, estean desempeñando a súa actividade profesional en calquera ente desta Deputación. Por iso, en base ó anterior e vistos os informes obrantes no expediente, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, o seguinte: 1.- Clasificar as seguintes entidades vinculadas ou dependentes desta Deputación e que integran o sector público provincial nos grupos que se indican: - Organismo autónomo “Escola de Enfermería” De conformidade cos Estatutos do Organismo autónomo provincial “Escola de Enfermería”, a xunta está integrada por once membros. Por iso, queda encadrada no Grupo 2 (Disp. Adic. Duodécima 4, b) Lei 7/85). 1 Director e 1 Subdirector. Non teñen contrato mercantil nin de alta dirección. - Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo contra incendios. De conformidade co art. 9 dos Estatutos do Consorcio, aprobados por Decreto 36/2011, de 17 de febreiro, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, o Pleno como máximo órgano colexiado está composto por seis membros. Por iso, queda encadrado no Grupo 3 (Disp. Adic. Duodécima 4, b) Lei 7/85). 1 Xerente con contrato de alta dirección. Retribucións 2014: -Básicas: 15.374,60 €. -Complementarias: Complemento do posto: 12.396,00 € Complemento variable: 4.464,80 € 2.- Publicar dito acordo no BOPPO e na web da Deputación e nos seus entes instrumentais, así como a composición dos seus órganos de goberno e contratacións de alta dirección que se realicen. 9.6492.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) RELATIVA Á POSTA EN MARCHA DUNHA LIÑA DE AXUDAS ECONÓMICAS ÓS CONCELLOS PARA GARANTIR A NUTRICIÓN DOS MENORES DE IDADE DURANTE OS MESES DO VERÁN Sr. Presidente.- Punto número nove. Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) relativa á posta en marcha dunha liña de axudas económicas ós concellos para garantir a nutrición dos menores de idade durante os meses do verán. Señor …, aquí teño outro nome, entón. Sr. González Pérez.- Fran Veiga non son. Sr. Presidente.- Aquí está Fran, pero Fran non está. Sr. González Pérez.- Juan, Juan. Sr. Presidente.- Juan. Por iso, é que teño aquí outro nome. Bueno, adiante. Sr. González Pérez.- Bueno, bos días, evidentemente, non son Fran Veiga e tamén aproveito para desculpar a súa ausencia, e, bueno, aínda que ocupe de maneira eventual hoxe o seu sitio na zona noble da Deputación, volverei probablemente para arriba na próxima sesión. E, bueno, se o, se o Partido Socialista decide presentar esta moción, que adianto, é unha moción na que instamos ó pleno da Deputación de Pontevedra a que poña en marcha unha liña de axudas económicas para os concellos, e dotala cunha cantidade que na moción inicial por un erro de tipógrafo poñemos 200.000 euros, pero son 2.000.000 euros de xeito extraordinario, co fin de garantir a nutrición dos menores de idade durante os meses de verán. Pois, se o Partido Socialista decide presentar esta moción non é porque a nós se nos ocorrera, ¿non?, senón porque os datos, os datos que se están, que dende entidades totalmente independentes e de entidades que traballan con infancia, como Cáritas, coma Oxfam, ou como agora fai uns días Unicef, presentan o estudo sobre a infancia no noso país, e os datos realmente son extremadamente preocupantes. Un 32,6% dos nenos, ata os dezasete anos, están en risco de pobreza ou exclusión social segundo este último informe de Unicef, e repito, que anteriormente había informes de Cáritas, ou de Oxfam que tamén facían relación. Un 27,5% dos nenos e nenas están en risco de pobreza relativa, é dicir, viven nunha renda por debaixo do 60% do que é a media nacional. Un 18,7% dos nenos viven en fogares que sofren pobreza crónica. E un 8,3% dos nenos viven en fogares con privación material severa. ¿Que nos mostra este informe de Unicef?. Bueno, nos mostra que a crise económica e as medidas que se están tomando, que se están levando a cabo empobrecen, empobrecen a unha parte importantísima da sociedade, quizais a parte máis importante, que son os nenos, que son os nenos e as nenas. Estes son datos reais, son datos da microeconomía non da macroeconomía, e, son datos dunha crise que está provocando pois moitisimos problemas ós nenos que son o futuro, o futuro deste país. E nenos que, como sabemos, mentres están os colexios abertos, pois, a maioría deles, ou moitos deles, pois teñen, polo menos garantida, unha comida sa e equilibrada. E tamén sabemos que en moitas ocasións se encargan destes as asociacións de pais, porque incluso moitas familias non poden chegar nin a cubrilo. Pero é certo, que agora chega o verán e creo que esa é unha discusión que está na sociedade e que está saíndo en moitos medios de comunicación, e o peche das escolas fai que algunhas destas familias pois non teñan a posibilidade de, bueno, pois de alimentar ós seus fillos dun xeito equilibrado. E como sempre nestes casos os veciños e veciñas da provincia de Pontevedra e doutros sitios, pero nós agora o que nos interesa, estamos falando da provincia de Pontevedra, a onde van a pedir estas axudas é ós concellos. Bueno, porque é a administración máis cercana, e porque, tamén é certo, onde se sente máis protexidos. Pero, tamén é certo que a maioría dos concellos da provincia de Pontevedra, pois tampouco están nunha situación económica tan, tan solvente como para facerse cargo destas axudas ou de dotar deste servizo de alimentación básica para todos os nenos da súa, do seu contorno. Eu creo, que aquí que hai moitos alcaldes e alcaldesas e, seguramente que, que bueno, que desgraciadamente pois tedes escoitado situacións lamentables, situacións complicadas como esta, e polo tanto, creo que a Deputación, que a nós que estamos aquí na Deputación nos toca, nos toca, pois tomar, tomar decisións, e decisións que axuden, xa digo, ás familias, ós nenos, e que axuden tamén ós concellos a poder solucionalo. Por iso, propoñemos, dende o Partido Socialista, que a Deputación poña en marcha do xeito máis urxente posible, ou sexa, de xeito moi urxente, unha liña de axudas ós concellos da provincia para poder atender con garantías estas necesidades mentres as escolas non están abertas e os nenos asisten ó colexio de xeito habitual. Esta liña de axudas cremos que non pode e non debe condicionar a forma na que os concellos as atendan, ás familias, ós nenos, senón que debe ser unha liña de axudas directamente ós concellos para que os concellos tomen as decisións que consideren máis oportunas, e dese xeito intentar paliar, xa digo, este problema que é importante. E contamos que a Deputación ten remanentes de tesourería do ano pasado, e tamén que ten, nos orzamentos dispón de un coma dous millóns de euros de fondo de continxencia, e cremos que este é un destino perfecto e absolutamente necesario, para estes fondos de continxencia, para estas, para este diñeiro, que non é que sobre, pero si que debe estar a disposición dos cidadáns. Repito, a moción ten un único punto, é que o Pleno da Deputación acorde a posta en marcha dunha liña de axudas económicas ós concellos dotada con 2.000.000 euros de xeito extraordinario, co fin de garantir a nutrición dos menores de idade durante estes meses de verán. É unha decisión política, de todos os que estamos aquí, que somos políticos, e nós as decisións as tomamos aquí, e podemos tomar decisións como, investir 156.000 euros que se aprobou fai pouco no Pazo da Mercé, e que fenomenal, é dicir, que non está criticable, ou podemos investir en campos de herba sintética millóns de euros, que eu tampouco crítico porque ademais os uso, e podemos investir 16.000.000 en pousadas, que non é o momento de criticalo tampouco, pero tamén é certo, que ó mellor podiamos facer un pequeno esforzo por parte da casa, da Deputación, ou un gran esforzo, porque tampouco é que sexa tan pequeno, e intentar axudar, xa digo, a que os nenos e as nenas desta provincia, pois poidan ter unha alimentación durante estes meses en que non hai escola, que garante a súa salubridade, o seu perfecto estado, porque ó final, repito, eles son o presente e tamén o futuro deste país. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, en relación a esa pregunta ou ese erro que aparece no, nós xa nos preguntabamos, ¿por que douscentos mil?, e incluso nos podemos preguntar a cantidade, ¿por que dous millóns?, ¿non?. Porque bueno, para iso hai que ter uns datos que, bueno, neste caso se facía unha exposición aí, con algunha información que poida haber, que haberá que analizar, pero bueno, en todo caso, eu creo que aínda que os alcaldes en certa maneira poden estar preocupados, a articulación de todo isto non é unha cuestión fácil, en primeiro lugar. En segundo lugar, tamén hai controversia sobre se se deben dar ou non nos comedores, se se lle debe dar ou non nos seus domicilios, hai bastante controversia en relación a este asunto. Pero bueno, eu creo que a Deputada que coñece ben este tema ten unha ampla información ó respecto, en relación o labor que fai a Deputación neste sentido. Porque eu creo que, probablemente, sexa bastante descoñecida, especialmente, bueno, pois, por aquelas persoas que non teñen unha relación moi directa coa Deputación, ¿non?. Polo tanto, ten a palabra, por parte do Bloque Nacionalista Galego quere, non. Te damos a ti la palabra. Bueno, un pouco de música de fondo non vén mal. Veña, adiante. Sra. Iglesias Bueno.- Bueno. Pues buenos días a todos. Sr. Presidente.- Acércale el aparato. Sra. Iglesias Bueno.- Si. Buenos días a todos. La verdad es que estoy un poco desconcertada por la poca seriedad con la que presenta siempre las mociones el PSOE, siempre la presenta tarde, mal y rastro, y además en esta ocasión, pues esto creo que ha ido a comisión informativa la semana pasada y nadie se ha dado cuenta que en vez de 200.000 era 2.000.000 de euros. Y lo que decía el Sr. Presidente, ¿en base a que son esos 2.000.000 de euros?, porque entonces, o sea, imagino que tendrán datos que corroboren que hay tanto niños en situación de desnutrición para que tengamos que aportar 2.000.000 de euros. Además me sorprende en un día en el que en Vigo se presenta un plan de casi, que no llega a 2.000.000 de euros para niños durante todo el año, con lo cuál a mí las cifras no me cuadran, me parece más bien una cuestión de demagogia y de oportunismo político, que de una moción, pues con una, con una transcendencia social importante por el sector al que se dirige, que son los niños que están en situación de vulnerabilidad. Y dicho esto, yo estaba pues completamente, bueno, en algunas partes no, pero en la mayoría de acuerdo con lo que decía la moción, y no me gustaría entrar en polémicas en una moción como esta, del por que hemos llegado a esta situación, porque además la ciudadanía está ya aburrida, y lo que quiere es que aportemos soluciones. Como decía el Sr. Presidente, me gustaría explicar el carácter social de la Diputación de Pontevedra que a veces es desconocido, y sobre todo también nuestro compromiso con la infancia y con los niños que más lo necesitan. Como todos sabéis, uno de nuestros proyectos bandera es el de Príncipe Felipe al que dedicamos todos los años más de 16.000.000 de euros. Que dedicamos gran cantidad de recursos económicos y de recursos humanos para atender diariamente y de forma continuada a 160 niños y niñas. Es un proyecto de integración de los niños que por distintas razones necesitan más atención de las instituciones. Que a pesar de no ser una competencia propia de las diputaciones provinciales desarrollamos desde hace ya casi 40 años, y lo seguimos haciendo desde la seriedad que requiere un tema tan delicado como este, y por supuesto, también gracias a la ilusión y el esmero de casi los 130 profesionales que se dedican al día, exclusivamente, sólo a estos niños. Y también quería aportar un dato que es el de este verano, pues antes en la época de las vacas gordas se atendían a 15 niños que se quedaban allí en Príncipe Felipe, pues este año hemos constatado que se van a quedar alrededor de 60, y no sólo con un programa nutricional, sino con programa también de actividades de ocio y tiempo libre para estos niños. Por eso quiero que quede constancia del compromiso de esta Institución con los menores que más lo necesitan y que están en esa situación de vulnerabilidad, y por lo tanto, este no es un tema ajeno a nosotros y del que no tenemos sensibilidad. Y dicho esto, tengo que decir con claridad que la Diputación de Pontevedra no se quiere mantener al margen de otros niños que están con sus familias, pero que tienen dificultades para tener una alimentación adecuada. Por eso, vaya por delante el compromiso de la Diputación de Pontevedra para que ningún niño se quede sin comer en el verano. Esta Diputación está dispuesta a poner los medios económicos para resolver este problema. Después de todo lo dicho por administraciones, hoy mismo la Xunta de Galicia, entidades sociales, parece que todos estamos de acuerdo en la puesta en marcha de medidas para garantizar la nutrición de los pequeños durante el verano; tanto el Parlamento Gallego se han puesto de acuerdo, y tanto la Xunta de Galicia a través de sus consellerías, también se han puesto a trabajar coordinadamente para buscar una mejor solución. Tengo que recalcar además, que en estos últimos años en el presupuesto de Servicios sociales hemos aumentado más de 3.000.000 de euros, y además hemos focalizado esos aumentos en las personas más frágiles y a través de los Servicios sociales de los ayuntamientos hemos coordinado este labor, y también a través de las asociaciones y organizaciones ONGs que trabajan en nuestro territorio. En concreto, como sabes hay una partida de 2.240.000 euros destinados a convenios con entidades locales, y casi 300.000 euros destinados a día de hoy, a día de hoy, con setenta y tres ONGs dedicadas a emergencia social. No estoy hablando de organizaciones dedicadas a discapacidad, ni a drogodependencias, estoy hablando de que tenemos ayudas a setenta y tres asociaciones que trabajan en el reparto de alimentos, el reparto de ropa, el reparto de medicinas, el reparto de ayudas al alquiler o cualquier otra contingencia que puedan tener esas familias, son bancos de alimentos, Cáritas, comedores sociales, distintas fundaciones que trabajan en ese ámbito. Por eso, desde el Servicio de Acción Social, no es porque ustedes hayan presentado la moción ahora a última hora, deprisa y corriendo, que se hayan acordado de los menores, sino que nosotros desde Acción Social ya llevamos unos meses trabajando en una nueva convocatoria, una nueva convocatoria con datos reales y serios, y es una nueva convocatoria extraordinaria para ayuntamientos para atender estos y otros casos de emergencia social, porque hay ayuntamientos que es que no tienen un niño que pase, ningún niño, porque hemos hecho un sondeo, obviamente a los ayuntamientos, y sabemos los ayuntamientos que tienen algún caso, sabemos los que tienen muchos, y sabemos los que no tienen ninguno. No hay tampoco que crear una alarma social con este tema, porque los servicios sociales están en general atendiendo las demandas de los ciudadanos, los servicios municipales, aquí hay muchos alcaldes que le pueden decir su situación, han puesto más recursos para las familias, y gracias a eso, pues, en algunos ayuntamientos no hay ningún niño que pase hambre en verano, gracias a Dios. Entonces, por eso entendíamos que teníamos que ir más allá, y no al hecho puntual de una situación en época estival, para nada, precisamente la nueva convocatoria iría dirigida a atender las necesidades de alimentación en la época estival o no, destinadas a posibilitar que se continúe habitando la vivienda habitual, o sea, que se podrían pagar recibos de alquiler, destinadas al pago de recibos de electricidad, gas o agua, y para otros gastos debidamente informados por los servicios sociales municipales. Y como ustedes habían planteado 200.000 euros la semana pasada, y todos los diputados que estaban ahí nadie dijo nada, nosotros es la cifra en la que nos basamos, además, bueno, pues nos pareció poco, porque nosotros estábamos barajando otra cifra, nos pareció poco, y nosotros queríamos destinar a este servicio con datos, a esta nueva convocatoria, con los datos que hemos ido analizando con los ayuntamientos, pues poner sobre la mesa 365.000 euros para todas estas necesidades. Por eso, yo lo que le propongo es una enmienda de sustitución, ahora seguramente no la aprobara porque ahora pide otra cantidad, pero, yo, como me gustaría que me explicase de donde se ha, se ha, de donde ha sacado esa cifra de los 2.000.000 de euros, pues, nosotros le ponemos, le planteamos esta enmienda de sustitución. Nosotros acordamos, y además así lo hemos hecho ya en la Junta de Gobierno, acordamos iniciar el expediente para la puesta en marcha de una línea de ayudas económicas a los ayuntamientos dotada con 365.000 euros de xeito extraordinario, con el fin de garantir la cobertura de situaciones de emergencia social, priorizando las ayudas a nutrición de los menores durante los meses del verano. Nada más, y muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Neste caso ten a palabra Don Juan A. González. Xa está por aí. Sr. González Pérez.- Bueno. A única intención que hai nesta moción é que se aprobe unha liña de axudas, e, unha axuda económica ós concellos para que poidan atender a estes nenos que poden pasar dificultades durante o verán, é a nosa intención, polo menos a miña, que me toca defendela hoxe, non é polemizar con ningún deputado do Partido Popular, nin dicirlle que fan as cousas mal, nin a rastras, nin que os datos os inventa, para nada, eu creo que debería vostede escoitarme, como me escoitou, e non tomar xuízos de valor, porque me está dicindo, e, en ningún momento dixen nada nin contra a Deputación, nin contra as políticas da Deputación, por suposto nunca dixen nada nin contra o Príncipe Felipe, nin contra as axudas que fan, parece todo fantástico, aquí non vimos a discutir que tal, como funciona o Príncipe Felipe, cantas persoas atende, nin nada, vimos a falar dunha proposta do Partido Socialista para que se abra unha liña de axudas, unha liña de axudas que vostede di que é, ademais unha moción que presentamos tarde, mal y a rastro, así o dixo, e, sen embargo vostedes nos din que non, que vós estades, que están traballando nunha convocatoria que se vai facer para que no verán os nenos non pasen tal. Se nós que a presentamos, que a presentamos para que se poida aprobar hoxe, a presentamos tarde mal e a rastro, bueno, se vostedes que están traballando nunha posible convocatoria que de cara ó futuro solucione os problemas do verán, cando estamos case no mes de xullo, eu non sei, nin quero dicir que están tarde mal e a rastro, pero, probablemente, tamén están un pouco tarde traballando nesta convocatoria. Repito, non veño a polemizar, non vimos a polemizar absolutamente nada co Partido Popular que goberna esta Deputación, simplemente a nosa intención era que se abrira esa liña de axudas, que se abrira unha liña de axudas para os concellos, e que esa liña de axudas ós concellos fora aberta para que os concellos tomaran as mellores, a mellor decisión que eles consideren sobre como, e como deben axudar ós nenos do seu ámbito municipal. E, tamén é certo, que si probablemente esta moción presentada tarde, mal e arrastro, axudou a que o goberno da Deputación de Pontevedra pois empece a traballar nesta convocatoria, e que esta convocatoria que din que están facendo, bueno, pois, pola nosa parte, a nosa moción axudou a que se adiantaran un pouco máis, e que hoxe vostedes poidan presentala aquí, e, se non estou, estou dicindo simplemente que para nós iso é un motivo de satisfacción, e como motivo de satisfacción nós non nos queremos opor, en absoluto, á súa proposta. Por suposto, por parte do Partido Socialista, repito, o obxectivo era que se abrira esa liña de axudas, se vostedes, xa sexa pola moción do PSOE, xa sexa porque foi iniciativa propia, esa liña de axudas a empezan a abrir, pois, nada máis que estamos de acordo o Partido Socialista polo menos e o Partido Popular, imaxino que teremos que alegrarnos todos, en ningún caso vamos a estar en contra, o único que nos parece é que revisemos, e, posteriormente, se esa liña de 350.000 euros, me parece que dixo 365.000 euros, será suficiente para solucionar os problemas dos nenos e nenas da provincia de Pontevedra, e se non fora así, repito, como decisión política ampliemos, aumentemos entre todos esa partida para que de cara ó futuro chegue a todo o mundo. Pola nosa parte, aínda que dixo que ía a dicir que non, e lle dicimos, que lle dicimos que si, por suposto, e que estamos satisfeitos de que entre a nosa moción e a súa proposta podamos chegar a un acordo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sra. Iglesias Bueno. Sra. Iglesias Bueno.- Entiendo que se acepta nuestra enmienda de sustitución, y, por lo tanto, pasamos a la votación. Yo le doy las gracias al Partido Socialista, por bueno, pues, por su aportación, pero recordarle que esto es un trabajo de meses que hemos intentado hacerlo con seriedad, con datos reales de los ayuntamientos y eso nos lleva un tiempo, y pues, muchas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, ¿estamos de acordo?, entón, ¿e o texto que?, ¿ya está?. No, se lo pasas aquí al … Sra. Iglesias Bueno.- O Pleno da Deputación de Pontevedra acorda a posta en marcha dunha liña de axudas económicas ós concellos dotada con 365.000 euros de xeito extraordinario co fin de garantir a cobertura de situacións de emerxencia social, priorizando as axudas á nutrición dos menores durante os meses de verán. Sr. Presidente.- Entón damos por boa esta incorporación e votamos xa, polo tanto, vamos, con base ó escrito presentado polo Partido Socialista, incorporamos ese texto aí. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar a moción presentada polo Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) relativa á posta en marcha dunha liña de axudas económicas ós concellos para garantir a nutrición dos menores de idade durante os meses do verán, incluíndo a emenda de substitución do Grupo Popular (PP) no apartado 1. Dita Moción é como segue: “A longa crise económica que vimos padecendo, xunto coa política desenvolvida polo Goberno de Rajoy, de recortes sociais e desmantelamento dos servizos públicos básicos e dereitos conquistados nos últimos anos, está a provocar o aumento dramático de pobreza no noso país. Así o reflicte a Enquisa de Condicións de Vida correspondente a 2013 que publica o Instituto Nacional de Estatística, que indica que un de cada tres cidadáns (o 27,3%) está en risco de pobreza ou exclusión social. Pero o máis grave destes datos é que o risco de pobreza afecta sobre todo aos nenos e nenas. Un recente informe da organización Save The Children cifraba en case tres millóns (2.826.549) as nenas e nenos en situación de pobreza. Dende o Observatorio Social de España sinalan que o noso país encabeza a lista entres os que máis aumentou a pobreza infantil nos últimos anos. En España, a porcentaxe de nenos que viven en fogares con pobreza extrema, creceu máis de 4 puntos porcentuais desde que empezou a crise, a cifra máis alta de toda a UE, só por baixo de Romanía e Bulgaria. Os efectos da pobreza infantil son altamente prexudiciais e relaciónanse con problemas de saúde na idade adulta. O impacto da mala nutrición ou a falla de estímulos educativos en idades temperás pode ter consecuencias de difícil e custoso arranxo, comprometendo non só o futuro deses nenos e nenas, senón o de todos, diminuíndo a capacidade económica e produtiva do país. Aínda que existe unha estreita relación entre a situación de pobreza dos nenos e o desemprego dos seus pais ou a perda de renda destes, as políticas públicas ben orientadas poden facer moito pola infancia para contrarrestar os efectos das devanditas situacións de pobreza. Como destaca o último informe da Oficina de Investigación de UNICEF sobre benestar infantil en países ricos, a experiencia acumulada e constatada di que aqueles países que en situacións de crise fixeron maior esforzo en medidas de apoio á infancia (protexer recursos educativos, sanitarios e sociais dirixidos aos nenos e ás familias) saíron máis reforzados das mesmas. A pobreza infantil fíxose máis intensa, aumentando a distancia entre as rendas dos pobres e o limiar da pobreza. Dito outras formas, e tal como UNICEF Comité Español expuña xa en 2012, cada vez hai máis nenos e nenas pobres e cada vez son máis pobres. A propia Cruz Roxa, neste mesmo ano 2014 sinalou un aumento en 3.419 menores novos (o 5,8% máis) que a entidade atendeu este ano, e que elevan até 61.792 a cifra total de nenos asistidos pola organización. A falta de ingresos nos fogares pola profundidade da crise xa está a provocar que moitas familias teñan que acabar recortando en necesidades básicas como a comida. O déficit alimentario afecta o desenvolvemento do menor, ademais de aumentar o risco de sufrir enfermidades respiratorias e cardiovasculares, así como de infeccións. A inseguridade do risco de pobreza ten xa de seu enormes consecuencias no presente e no potencial de desenvolvemento dos nenos, sementando un xerme de desigualdade que irá presentándosenon futuro desenvolvemento cara á vida adulta. Os servizos de comedores escolares permitiron mitigar esta realidade durante o curso escolar, pero atopámonos ante un final de curso incerto no que esta necesidade pode quedar desatendida ó pechar o centro escolar, e por tanto o servizo de comedor. Os socialistas consideramos que as administracións que están máis preto dos cidadáns como son os concellos poden analizar e previr estas situacións familiares e poñer os medios económicos axeitados para palialas. Nembergantes a situación das arcas municipais, na maioría dos casos maltrechas, fan necesaria a intervención desta Deputación Provincial no senso de dotar ós concellos dos recursos económicos necesarios para este fin. A Deputación ten unha partida adicada a continxencias de 1,2 millóns de euros que pode ser adecuada para este fin. En consecuencia, propoñemos ó Pleno a seguinte Moción: 1. O Pleno de Deputación de Pontevedra acorda a posta en marcha dunha liña de axudas económicas ós concellos dotada con 365.000 euros de xeito extraordinario co fin de garantir a cobertura de situacións de emerxencia social, priorizando as axudas á nutrición dos menores durante os meses de verán.” 10.6493.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- Asuntos fóra da orde do día. Previa unánime declaración de urxencia adoptouse o seguinte acordo: A) DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DO PREMIO OTERO PEDRAYO-2013 Sr. Secretario.- Si. Es dar cuenta del acta del jurado que se falló ayer, del Premio Otero Pedrayo 2013. Es dar cuenta, simplemente. Sr. Presidente.- Vale, vale. Bueno, dar conta, non sei se teñen todos a información, senón polo menos dicir ... Sr. Secretario.- Que lo dicen las bases que hay que dar cuenta. Sr. Presidente.- Conceder o Premio Otero Pedrayo 2013 a Don Xosé Neira Vilas, bueno, por unha exposición de motivos que eu creo que é máis que xustificada. E que se procederá a entrega nos próximos días, aquí na Deputación de Pontevedra. 1.- O Pleno da Deputación queda enterado da acta do xurado do Premio Otero Pedrayo 2013 despois da reunión mantida o día 26 de xuño e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO DO PREMIO OTERO PEDRAYO 2013 Na Sala de Xuntas da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dez horas do día vinte e seis de xuño de 2014, reúnese o xurado do “Premio Otero Pedrayo 2013", baixo a presidencia de Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo por delegación de D. Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación de Pontevedra e coa asistencia dos seguintes vogais: D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística en representación do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, D. Mario Outeiro Iglesias, deputado de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo, D. Avelino García Ferradal, deputado de Cultura da Deputación de Ourense, D. Manuel Fernández Iglesias, vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, D. Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, D. Isidro García Tato, investigador científico do CSIC, en substitución de D. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, director do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, D. Anxo Manuel Lorenzo Suárez, Secretario Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Felipe Senén López Gómez, Técnico de xestión cultural da Deputación da Coruña, D. Luis González Tosar, escritor, designado pola Deputación de Ourense e D. José Carlos Valle Pérez, director do Museo Provincial de Pontevedra, designado pola Deputación de Pontevedra. Asiste como secretario e dá fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, secretario da Deputación de Pontevedra. Polo Secretario dáse conta de que excusan a súa asistencia D. Alberto Núñez Feijoo, D. Diego Calvo Pouso, D. Francisco Durán Villa, D. Manuel Ferreiro Fernández e Dona Pilar Campo Domínguez. Pola Presidencia dáse por constituído o xurado. Aberto o acto pola Presidenta do xurado, concede a palabra ó Secretario para examinar a situación do expediente e as propostas presentadas dentro do prazo estipulado manifestando o Sr. Secretario que segundo o establecido nas bases só hai unha única proposta formulada e que é a presentada por D. Bieito Ledo Cabido, presidente da Fundación Premios da Crítica a favor dos Premios da Crítica Galicia. Pola Presidencia, de conformidade coa base 3.2, proponse a candidatura de Xosé Neira Vilas, facendo unha breve exposición da súa traxectoria literaria. Posteriormente toma a palabra o Sr. Alonso Montero e incidindo na valía do Sr. Neira Vilas e manifestando que é o candidato de todos os cidadáns da cultura galega. Non habendo máis intervencións, o xurado acorda por unanimidade, conceder o Premio Otero Pedrayo 2013 a D. Xosé Neira Vilas polos motivos expostos. E non habendo outro obxecto da reunión, pola Presidencia dáse por concluído o acto, sendo as dez e media do indicado día, e asinando a presente todos os asistentes, do que eu, como Secretario dou fe.” 2.- Dito premio achegarase con cargo á aplicación 14/330.334.481.04.2013 do orzamento provincial. b) Parte de información e control: 11.6494.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Dar conta das Resolucións presidenciais. Sr. Secretario.- Si. Y luego dar cuenta de Resolucións presidenciais, los extractos de las dictadas entre el 27 de maio y el 23 de xuño del presente año. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 27 de maio e 23 de xuño do ano 2014 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 12.6495.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Don Cesáreo Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Antes de, de rogos e preguntas, quería facer unha explicación de voto do, sobre a axuda ós pequenos, ós rapaces que poidan ter problemas de nutrición. É, como lle diría, é unha cuestión xa case persoal, ¿non?, igual a recia formación en, cristiana, eu estiven nun colexio de curas, e, pois hai algunha serie de valores éticos, que non, evidentemente, non é unha crítica a ninguén, faltaría máis, que se entenda, que eu creo que estas cousas é mellor facelas, e non me gusta, estou, vamos, moi incómodo nestes debates, facelas, iso de estar transmitindo a ver quen corre máis para facer estas cousas, aquilo, creo que na biblia, e tamén noutras éticas, e non ten porque ser a cristiana, un dos valores comúns era aquilo de que non se entere a túa man esquerda do que fai a dereita, ¿non?, á hora de axudar. Seguramente, sexa algo moi trasnoitado, pero bueno, un xa ten uns anos e igual tamén está algo desfasado, nada máis. Por iso digo, por non, digo pola explicación porque non intervimos e demais. Bueno, vamos ó dos rogos e preguntas. Bueno, primeiro un rogo xeral a algúns membros do Partido Popular, que ultimamente parece que se atopan moito máis cómodos falando en español, rompendo, aquí neste pleno, rompendo unha tradición que, normalmente, todos, independentemente da súa, digamos, práctica diaria, pois, facían un esforzo para falar en, para falar en galego, ¿non?. E, en concreto ía dirixido á Sra. Marta Iglesias, ¿non?. Non, digo facer un esforciño para falar en galego, ¿non?, nos plenos, facer un esforciño. Porque, á parte, ó final é que perpetramos todo, nin falamos ben galego, pero tampouco falamos ben español, estiven aquí apuntando, por exemplo, a cantidade de galeguismos que meteu, e foron uns cantos, uns cantos. Porque, ó final, aínda que un cre que o fai correctisimamente, podo dicir, por exemplo dixo, “este labor”, iso é un galeguismo, en español é feminino “labor”, bueno, non lle vou facer unha, unha relación. Non, non, dígoo, porque tamén hai o prexuízo, es que, es que yo me manejo, es que yo hablo mal gallego, non, é que mire, tamén hai este problema. Bueno, queda aí, queda aí o rogo. E quería facer unha pregunta, quería facer unha. Sr. Presidente.- Adelante. Sr. Mosquera Lorenzo.- Unha pregunta que é, porque xa neste pleno ou noutro, xa hai uns cantos plenos o Presidente nos anunciou que ía a traer para, eu creo que era para o pleno xa pasado ou o anterior, non sei se era para o de abril ou o de maio, nos ía traer o, ía traer ó pleno o contrato do servizo provincial de recollida de residuos sólidos urbanos. Sr. Presidente.- En xullo, dixen en xullo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu creo que antes, bueno. Sr. Presidente.- Non, non. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿En xuño?. Bueno, pois en xuño, en xuño non veu. Sr. Presidente.- Non, en xuño estamos agora, en xullo, con dúas eles. Non, non, está listo, de feito está agora encima da mesa de Intervención, me parece, creo que se mandou ó servizo de Intervención, ou sexa que ... Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno. Entón, e como está, vamos, os trámites para a planta de, para a planta de compós. Sr. Presidente.- Non. Está iso e máis está encargado unha asistencia técnica para ese traballo tamén da planta de compós, e co compromiso xa firme de que aquí no mes de xullo se vai a debater o prego de condicións coas, cos concellos xa adheridos, e con toda a, non foi un traballo dun mes nin de, foi un traballo moi largo e, finalmente, pois eu creo que vai a estar todo aquí previsto, como digo, para aprobar no mes de xullo e que a partir de aí empece a conta atrás da posta en marcha do Servizo provincial de recollida de lixo nesa vintena de municipios da provincia de Pontevedra, e en paralelo co tema da encarga que se está facendo dunha asistencia técnica para a elaboración tamén dun prego en relación a esa planta de compostaxe. Ou sexa, todo está no seu, na súa folla de ruta prevista. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben. E outra, a outra pregunta e se, se me quere, xa o introducín na, o introducimos cando falamos da clasificación das entidades locais, non sei se é este o foro, ou remitilo á comisión, ou o que sexa, unha explicación máis pormenorizada de cales son as razóns do cambio de uso desa planta do Museo para restaurante. É que, claro, que esta, ás veces estas cousas, ¿a quen nos diriximos para preguntarllo?, ¿non?. Porque claro, eu creo que foi un erro, este é un tema gordo, pero hai moitos máis, pero creo que foi un erro o de substituír o patronato, entón, sempre hai, acórdome, dígoo por poñelo, cando foi o edificio que se fixo e que, estamos, en Pasantería, ¿non?, onde estaba O Rianxo. A nosa proposta era que O Rianxo quedara alí e demais, ó final, pois deuse un explicación de que, de que tecnicamente era case imposible, bueno, pois o entendes, ou sexa, agora resulta que é ó revés, ¿non?, se mete onde non, onde non estaba previsto. Entón, ¿por que se cambiaron esas previsións?, se cadra hai algún motivo, se cadra hai algún motivo suficientemente entendible ou serio, ou argumentado, pero así, visto así, ou sexa, durante anos, ¿cantos anos hai que se anda con ese edificio?, moitos anos. Resulta que sempre foi para un destino e, de repente, cambiase o destino, e non parece que sexa, que sexa, razoable. Repito, se hai algunha explicación que se dea, non sei se aquí ou noutro sitio, porque aquí igual nos alongamos moito. E, á parte, pois, hai que documentarse, hai que escoitar ós, ás distintas partes, ós técnicos e demais . Entón, a nós gustaríanos que houbera algún foro no que se puidese debater, xa que non hai patronato, no que se puidese, no que se puidese aclarar. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a ver, foros, creamos, ou dispoñemos de cantos queiramos. Levamos no próximo Pleno, ou na próxima Comisión informativa, se quere, de Cultura, falamos, abordamos ese tema. Vamos alí previamente. Este é un tema, eu creo que non, non sei senón se actualizou ben, este non é un tema de meses que se tomara unha decisión desas, este é un tema de anos. Estaba prevista xa nesa mesma ubicación, precisamente, unha sala dedicada a restaurante, porque entendemos que ademais, por experiencias que hai noutros lugares, dá un alto rendemento, precisamente, para crear, porque ademais sirve para crear emprego e riqueza en Pontevedra. E, polo tanto, como vostede ben dicía, hai un espazo arriba que se pensou unha vez que estaba o edificio rematado, se pensou, e vostede dicía, pois si se pensou que ese espazo que está arriba, pois pode dar para cafetería, pode dar, pero non estaba previsto tampouco nun principio, e sen embargo, o do restaurante si estaba previsto xa dun principio. Aí están na zona de Miliarios, que está perfectamente separada e deslindada da zona de Museo, pero xa digo, aí debatemos, ¿para que ten esta casa as distintas comisións informativas?, pois, para discutir, e para abordar aí, na próxima comisión de Cultura, abordamos todas aquelas cuestións que afecten ó Museo de Pontevedra, e é, a ver se tamén así dunha vez, imos tendo licenza, que non temos licenzas aínda, despois de non sei canto tempo, vamos, algunhas licenzas que faltan, algunhas si as temos, outras aínda faltan. E creo que era bo, pois poder obter, como digo, toda esa regulación, porque eu creo que a Deputación, unha vez máis, cumpre coas necesidades de Pontevedra, quizais por encima incluso das necesidades da cidade, porque non deixa de ser un grandísimo atractivo. A Deputación ten, pois, aí un referente, e non só ten un referente, senón que nos seus presupostos acaba, ou aprobou para este ano unha dotación económica que supera os 2.000.000 de euros para seguir investindo nos edificios. Iso chámase unha aposta clara por manter ese espazo, por dicir, que a Deputación en ningún momento escatimou ningún esforzo, e creo que nunca, nunca antes se fixo un esforzo desta dimensión, como se fixo nestes últimos anos para co museo de Pontevedra. Porque nós podiamos dicir, bueno, mire, a prioridade nosa son os concellos, non é museo, ó contrario. Polo tanto, xa digo, en relación ó famoso patronato, se, o tempo ó final dá e quita razóns, e polo tanto, aquela argumentación, que unha serie de persoas poñían en dubida, que se ían a marchar de aí, se ían a levar doazóns que había no Museo e tal. Algúns andiveron urgando para que as levaran, pero, dixeron, non, non, onde mellor están é no Museo de Pontevedra. Por favor, entón, sexamos rigorosos, sexamos serios con estes temas e, o que hai que ser é prácticos e funcionais, e neste caso aquilo está funcionando moi ben, e felicitar dende aquí a todo o equipo de colaboradores, traballadores, dirección do museo e, especialmente, á Deputada Dona Ana Isabel Vázquez que está levando, xa digo, non sen esforzo, pois o que alí, agora mesmo, se está facendo cada día, que son moita actividade, que nunca antes tivo o Museo de Pontevedra. Polo tanto, poñer en dúbida esas cuestións me parece que non, non sei a que responde, porque xa digo, cando os datos van por outro lado, non, non creo, non creo que iso, xa digo, aporte nada, eu sei, que por parte do concello se se quere colaborar, nós estamos na mellor disposición, como sempre. Polo tanto, falamos, e falar por falar, ¿non?, porque vostede e máis eu xa falamos moitas veces, de que Pontevedra pois ten un espazo aí medio pechado, que gastaron non sei canto, ¿e para visitar quen?, ninguén, a famosa, ou a zona esa de, subterránea para visitar as torres arcebispais, que lle dixemos, lle propuxemos, pero claro, como estamos suxeitos a un pacto, aí, de goberno, etc., pois que había que ver unha coordinación nos espazos museísticos da cidade de Pontevedra, e, sen embargo, seguimos como sempre. Invitámolos a iso, invitámolos, que a Deputación estaba disposta a pagar, nada, invitámolos tamén a que houbera unha oficina de turismo en Pontevedra nun só edificio, bueno, xa o logramos agora coa Xunta de Galicia, solo falta facer a accesibilidade ó edificio. E esa é a coordinación, iso é o que nos piden os cidadáns, que non haxa tres oficinas distintas na cidade de Pontevedra para informar do mesmo, creo que é absurdo. Polo tanto, se queremos falar, falamos ¡eh!, se queremos falar hai, hai para rato, e non centrarse sobre todo en caralladas, porque se nos centramos en caralladas, eu creo que hai moito más que falar que caralladas. Xa digo, agora, bueno, se andamos con, eu creo que hai cousas que, máis importantes, que os cidadáns lle importan máis que o que estamos a falar aquí, como esas que digo eu, que acabo de dicir, especialmente, ultimamente. Aquí hai un montón de espazos para poder visitar, pero coordinación ningunha. E invitámolos, e invitámolos a iso, invitámolos a dicirlle, a Deputación paga, tamén, para manter eses espazos. E sen embargo, claro, como hai unha alianza de goberno que hai que darlle chollo, chollo non, dicir que teñen unha dedicación, fulano ten a dedicación de, e claro, para manter os gobernos ás veces hai que facer esas cousas. Entón, que se nos veña a nós a dicir esas cousas, pois creo que non, non obedecen a nada, pero bueno, debatamos. Sr. Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, o que non acabo de entender, e non acabamos de entender, é por que unha, unha intervención no que se está pedindo, creo que algo ben sinxelo, que é que se dea explicacións na comisión de Cultura, tamén eu podo preguntar o mesmo, que, ¿que se fai na comisión?. Quedouse aquí de que se ían levar asuntos do Museo á comisión, non se levou nin un, nin un desde que, desde que desapareceu o patronato, ¡eh!. A pregunta creo que era bastante simple, non sei a quen está contestando, dáme a sensación de que non está contestando a interpelación que lle fixo este Deputado, non está contestando. Sr. Presidente.- Na próxima comisión do mes de xullo. Perdón. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vale. Pero non está contestando. Sr. Presidente.- Facemos, abrimos aí unha exposición. Sr. Mosquera Lorenzo.- Está aí, que se non sei quen crítica, non creo que este Deputado criticara nunca a actividade do Museo, ou dixera nunca que se ia levar coleccións, creo que no dixo nunca, nunca, ou moito me falla a memoria. Debe estar contestando a outras suposicións ou a outras críticas que pode haber por aí que para nada teñen que ver co que ... Sr. Presidente.- Non, non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Entón, creo que non ten ningún e, ningún sentido a esa, esa, vamos, esa, esa intervención, é bastante simple, non ten ningunha intención, digamos, máis co que se dixo, dicir que é algo relativamente transcendente, pois, enterámonos pola prensa, de que hai ese cambio, se cadra estaba previsto. Sr. Presidente.- Xa estaba previsto. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno. Pois estaría, pois explíquese. Sr. Presidente.- Pero onde vai. Pero non hai meses, hai anos que está. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pois explíquese. Claro, entón se hai unha previsión, se hai, deixa de habela, ou o que sexa, pois explíquese. E, o que é certo, é que o que se dixo, o outro día faleino co Presidente da Comisión de desenvolvemento industrial e urbanismo e vivenda que é o Sr. Bello Maneiro, ¿non?, é dicir, esa comisión en principio quedou en que todos os asuntos que tiña o IPESPO foran aí, falta o primeiro, falta o primeiro. É que vostedes dixeron que non había ningún problema en suprimir os patronatos. Sr. Presidente.- Claro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos, porque ían ir ás comisións. O certo, é que non cumpriron nin a primeira vez iso, nin a primeira vez, e despois, de repente, irrítase, ou nótaselle irritado porque se lle pregunta por un asunto que se fora á comisión ou fora ó patronato, pois, seguramente, estivera aclarada. É que nin unha, Sr. Presidente, revise as comisións e os asuntos que estaban neses, neses patronatos non foi nin un, nin de Cultura, nin a de …, non foi ningún. E claro, entón, a realidade é a que é, non a neguemos, nin nos irritemos, cambiémola. ¿Vale?. Sr. Presidente.- Bueno, vostede tranquilo, que eu xa lle pido ós presidentes das comisións informativas, no caso de Cultura non é cuestión tanto falta nosa, o que pasa é que vostede viu por aí que nós sacamos a concurso público, porque iso tamén levou moito traballo, sacar a concurso público un espazo para xestionalo, para que unha empresa creara actividade económica e emprego en Pontevedra, porque esta casa traballa, non para, ten moita actividade, ¿comprende?. Entón, bueno, pois viu por aí, enterouse, oe, pois, a Deputación vai sacar un concurso, ¿será necesario?, ¿non será?, bueno, esa é outra cousa que pode preguntar, pero, ¿ese espazo estaba previsto para iso o non?; xa estaba fai moitos anos previsto ese espazo dende que se iniciou a obra do novo edificio, do sexto, e a rehabilitación do Sarmiento xa estaba previsto para iso. Que a dimensión fora máis ou menos, decidiuse tecnicamente cal era o espazo para destinar a iso, e nada máis, non hai ningunha variación, nin houbo nada, houbo que, ó mesmo tempo, dende aquí se pensou que había que sacar un concurso público, como é o normal nestes casos, entón vostede se enterou, e di, bueno, a, vou a preguntar, bueno, pois preguntamos, falamos, e na próxima comisión de Cultura vamos falar de iso, vamos a falar do IPESPO, que haberá novidades importantes, e falamos aí, e tamén llas expoñemos. Ou sexa, que non hai problema, por falar, vostede fale diso tamén, que ó cidadán o que lle preocupa é iso, que queren vir a visitar cousas en Pontevedra, e non hai unha coordinación para visitar, e vostede foi un dos que demandou ademais iso. O que pasa é que, como estamos un pouco presos da situación da muleta do outro partido no goberno, pois non se pode facer, pero vostede sabe, que defendeu comigo, porque foi incluso unha proposta conxunta, porque é o razoable, que haxa un órgano xestor dos espazos a visitar na cidade de Pontevedra. Porque debe ser así, porque senón, non, eu doutra maneira creo que non se entende, pero bueno, esperemos que coa chegada do maio próximo, pois, poida haber unha cousa así, senón é antes. ¿Algunha cuestión máis?. ¡Ah!, si. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver. E mire, evidentemente, hai graves dificultades sempre, e como alguén dicía que, “non, eu a política non o creo”, pero traducido, a xestión é o arte do posible, ¿non?, porque a xestión é o arte do posible, trabas hai por todos lados, e o que sexa, bueno. Pero mire, e dixen aquí, e dicímolo, dende o ano setenta e nove ata o ano noventa e nove. Sr. Presidente.- Vinte anos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vinte anos. A colaboración entre esta casa e a casa de alí foi infinitamente peor que dende o ano noventa e nove ata o ano dous mil catorce, infinitamente peor. Digo que se di que as eleccións do próximo ano e, desde logo, se son do mesmo grupo político, e son vostedes, sempre foi a paus, a paus, a paus foi. Sr. Presidente.- Non ten, non ten, ten mala memoria. Sr. Mosquera Lorenzo.- Se cadra o que está, o que está, o que non é consciente é que cambia con relación a alí, bueno, pois igual si, igual si. Sr. Presidente.- Ten mala memoria, ten mala memoria Sr. Mosquera Lorenzo.- Igual si, na, na, era unha … Sr. Presidente.- Vamos maiores, vamos maiores, entón é a memoria a que perdemos. Isto, pero vamos, estaremos expectantes a esa posibilidade. Bueno, non habendo máis asuntos que tratar se levanta a sesión. Moi bos días e moitas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)