Fondos
2014-04-30_Extraordinaria. Acta de sesión 2014/04/30_Extraordinaria
Acta de sesión 2014/04/30_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.829/2.2014-04-30_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2014/04/30_Extraordinaria
Data(s) 2014-04-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 43 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 30 de abril do 2014 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día trinta de abril do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez, Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado Don José Carlos López Campos (PP). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6464.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto número 1. Aprobación do borrador da acta anterior sesión, ordinaria, do día 28 de marzo de 2014. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de marzo de 2014. a) Parte resolutiva: 2.6465.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A XESTIÓN E PROMOCIÓN DO PROXECTO “POUSADAS DO SALNÉS” DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número 2. Adxudicación do contrato e promoción do Proxecto Pousadas do Salnés da Deputación de Pontevedra. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, acabamos de ter a Comisión Informativa, polo tanto, vou a reiterar a explicación deste proxecto e a adxudicación, creo que hoxe é un día importante para o turismo da provincia de Pontevedra, é un día importante para as Rías Baixas porque vamos a adxudicar un proxecto, un proxecto que no ano 2008 se nos concedeu a través de fondos europeos, cunha cantidade … Sr. Presidente.- Perdón. Propoñen que se ratifique a urxencia do mesmo, a inclusión, polo tanto, votaríamos en todo caso a inclusión, ¿non?, ou antes xa. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Pode seguir Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, dicía que hoxe é un día importante para o turismo da provincia de Pontevedra, para a Deputación de Pontevedra e para o Turismo das Rías Baixas, eu diría que de Galicia en xeral. O sector turístico é un dos sectores básicos, fundamentais para potenciar, non no presente, senón tamén no futuro, estamos falando do doce por cento do PIB da provincia, máis de corenta mil empregos, e, loxicamente, eu creo que temos que darlle a importancia, a relevancia que pode ter o sector turístico na provincia, sempre estamos falando do naval, da automoción, da pesca, dos viños, pero eu creo que temos que empezar a darnos conta do que significa para este sector e para a economía da provincia de Pontevedra o turismo. O turismo que, ultimamente, pois nos dá satisfaccións e alegrías na nosa provincia, creo que se fixo un traballo ben planificado dende hai anos con apoios á proximidade, con apoios ó sector, e nestes intres, nestes anos, pois, no ano 2008 había unha convocatoria de proxectos europeos no que se presentaron estes catro proxectos que hoxe vamos aprobar, de catro Pousadas, catro instalacións singulares, moi singulares, únicas en España, eu diría que, en poucos países de Europa, con estas características onde ten o cen por cen de accesibilidade. Había moitos hoteis, hai moitas instalacións, que son magníficas, que se fixeron o mantemento, a conservación, a renovación, pero, en canto a temas de accesibilidade pois aínda estabamos un pouco coxos, e creo que este proxecto vén a trasladar unha mensaxe clara, que, a partir de agora todas as instalacións que se fagan teñen que ir como mínimo con estas características. Bueno, se fixo un plantexamento, a eses proxectos europeos creo que se presentaron dezaseis proxectos, e un dos que concederon pois foi o proxecto de adxudicación de catro Pousadas, en Ribadumia, Meis, O Grove e Meaño. E dicía que a característica fundamental destes proxectos foi unha cantidade importante de oito con sete millóns de euros, máis un millón que nos deron despois, preto de dez millóns de euros, de fondos europeos, bueno, pois se puxo a traballar, coa complexidade que este proxecto tiña, porque tiñan que ser catro ubicacións distintas, con accesibilidade todas as camas e todas as habitacións e, loxicamente, había que intentar tamén buscar que esas ubicacións fosen atractivas e fosen ubicacións que tivesen unha importancia relevante turística para que despois estas instalacións tivesen unha rentabilidade mínima, nós non estamos buscando ningún tipo de negocio pero si unha rentabilidade mínima para o mantemento do futuro, neste caso do prazo inicial de concesión que se adxudicou en doce anos. Abriuse un primeiro proceso, primeiro de cuestións técnicas, onde se fixo o deseño destas catro Pousadas, que son catro deseños, de verdade, realmente eu animo a todos os cidadáns, sobre todo ós señores Deputados e Deputadas que non o coñezan que fagan unha visita porque o deseño é realmente distinto, pero espectacular, ten moitas singularidades, e creo que vale a pena, dende logo ós que nos interesa o turismo, ós que nos preocupa o turismo, ou a aqueles que nos gusta, pois, este sector, pois eu creo que vale a pena facer unha visita e mirar que esa planificación, ese deseño arquitectónico que se fixo, pois vai con moitos dos nosos condicionantes da nosa terra, e sobre todo, pois con esas amplitudes e, eu creo que cunhas instalacións superdignas, eu diría que excepcionais. Bueno, esta é a primeira parte, concesión, diñeiro, planificación, arquitectura e deseño do proxecto e, a partir de aí, bueno, pois se empezou a camiñar, este proxecto se foi, con algunhas dificultades sacando adiante, e se chegaba á hora da verdade, a hora da verdade é, ¿como se xestionaban estas catro instalacións?. E creo que aquí eu teño que agradecer dunha maneira especial a todo o equipo técnico que participou, desde os arquitectos ata a propia xerente de Turismo, os técnicos e técnicas de Turismo, pero tamén, dunha maneira especial, do propio Presidente que se deu conta que este proxecto era un proxecto que trascendía do que era o turismo das Rías Baixas e que ía a ter unha repercusión a nivel nacional, como así foi, e se abriu un proceso de concesión onde se presentaron tres empresas, tres empresas, Grupo Mas Costas Club Spain, Millán Servicios Turísticos e STC Serveis Turistics, e bueno, pois destas tres empresas non cubrían as expectativas ou non cumprían coas condicións do prego e quedou deserto. Nese momento nos preocupou porque, evidentemente, nós intentábamos, intentamos e así o Presidente traballou no tema para que foran empresas solventes e empresas dun contido importante, e bueno, como se mirou que esas tres non dicimos que sexan malas empresas senón todo o contrario, que teñen tamén o seu prestixio, pero bueno, non reunían as condicións do cen por cen desa excelencia que nós queríamos ou de optimizar ó máximo pois esta xestión. E bueno, se abriu un procedemento negociado, novo, nese procedemento negociado se volveron a presentar estas tres empresas, máis neste caso dous grupos xa importantes a nivel nacional máis coñecidos como é Rafael Hoteles e como é Arlea Hoteles, que é do Grupo Hotusa, e bueno, despois de reunirse a Mesa de Contratación e de cumprir con todos os requisitos legais, pois, se pensou ou creu a Mesa de Contratación que a oferta máis vantaxosa era do Grupo Hotusa. O Grupo Hotusa, eu, dende logo, cando me dixeron que era o Grupo Hotusa pois a satisfacción de, ó coñecer a solvencia, pois che dá unha garantía, ¿non?. O Grupo Hotusa é un grupo líder a nivel mundial, vou a relatar un pouco, bueno, pois o que están facendo para que nos demos conta da importancia desta adxudicación, é líder mundial de consorcios hoteleiros, está traballando, ten presenza en máis de cincuenta países, é líder mundial de consorcios hoteleiros, xestiona directamente cento trinta hoteis con catro mil empregados e inclúe unha cadea tan potente como Eurostar Hotels, con máis de setenta hoteis en diferentes países do mundo. Por darlle unha referencia que todos poidamos coñecer, nas catro torres de Madrid hai unha torre que é un hotel, que é o Hotel Tower, pois é xestionado, precisamente, polo Grupo Hotusa, para dar unha referencia para que algúns se sitúen. En Galicia xestiona establecementos tan destacados como o Araguaney ou o San Lorenzo en Santiago, o Hotel Monumento Mosteiro de San Clodio en Leiro e o Hotel Auriense, os dous na provincia de Pontevedra. Ten tamén o Cidade da Coruña en Coruña e, dende o un de marzo, empezou a xestionar, despois de moitas dificultades que tivo o outro grupo, en Vigo, o Palacio de Congresos Mar de Vigo. En España é tamén propietario de hoteis de gran luxo como é o Eurostar Gran Marina, é un dos hoteis mellor considerados de España en Barcelona, o Eurostar, que falaba antes, de Madrid, bueno, etc., etc. Ten tamén fóra, en Bruselas, ten o Internacional Palace en Roma, en Arxentina, en Brasil, Cuba, Portugal ou Estados Unidos; bueno, ata eses cento trinta hoteis que xestiona con catro mil empregados. Esta foi a empresa que presentou maiores vantaxes, ofrecía, das cinco que participaron no procedemento negociado, e foron, bueno, pois así, como dicía anteriormente, os que tomaron a decisión, a Mesa de Contratación porque consideraron que era a mellor, a mellor operadora ou mellor operador turístico. Eu creo que está todo dito sobre o grupo Hotusa, é suficientemente sólido, é unha oferta presentada por Arlea Hoteles no que teñen unha calidade superdemostrada; e un dos compromisos máis importantes é comercializar este proxecto a través das principais centrais de reserva turísticas a nivel mundial como son Amadeus, como é Galileo, como é Sabre como é Worldspan. Eu creo que aquí está a clave, a clave moitas veces de grandes centros hoteleiros ou de hoteis está na distribución, está na comercialización e Hotusa ten un grupo importante en torno a todas estas, a todos estes hoteis que move a principal central de reservas turísticas que hai agora mesmo a nivel mundial. ¿Iso que nos vai a dar?. Unha garantía, evidentemente, de que se vai a comercializar este produto, un produto galego, un produto noso, un produto da terra, un produto que, ó final, vai a ter unha repercusión importante a nivel nacional. As características, os datos concretos da adxudicación, bueno, as teñen todos vostedes, tampouco me vou a estender moito máis, será por un prazo de doce anos, as Pousadas abrirán un mínimo de nove meses anuais, case dous meses máis dos que se esixían nos pregos técnicos, a empresa pagará á Deputación un canon equivalente ó 11% do seus beneficios, o establecemento botarán a andar como hoteis de catro estrelas e baixo unha dirección única, isto tamén é importante, que se poida configurar como un hotel de catro estrelas e estarán en funcionamento nun prazo máximo de dous meses desde que se complete o seu amoblamento no cal a Deputación investirá un con catro millóns de euros. Outros datos para que se poidan situar todos vostedes e os cidadáns, esta empresa está dirixida, bueno, pois é unha circunstancia por un galego de Chantada, que o seu nome é Amancio López Seijas, que preside tamén a maior organización de España de grandes empresas turísticas que é Exceltur, Exceltur é o grupo maioritario de España onde se marcan as políticas de organización das empresas a nivel nacional. Naceu en 1977 o seu grupo con tres hoteis que se uniron para aproveitar sinerxias e hoxe, bueno, a Cadena Husa ten unha central de reservas, como dicía anteriormente, importante a nivel mundial e creo que, bueno, pois eu quero felicitar, e creo que se acertou plenamente en todo este proceso, nun proceso moi complexo pero que hoxe podemos dicir que o Turismo da provincia de Pontevedra ten unha singularidade máis, ten unhas instalacións excepcionais, que non as teñen a nivel nacional nin a nivel europeo, que foi moi complexo, moi duro, moi difícil as negociacións, pero que eu creo o resultado é extraordinario, e digo extraordinario e o digo con humildade pero tamén co recoñecemento dos que traballaron neste proxecto que era un proxecto difícil e hoxe se pode concretar como un gran proxecto, e estou totalmente convencido que este vai a ser un dos presentes e o futuro do turismo na provincia de Pontevedra. Presidente, en hora boa polo traballo, eu creo que é un traballo ben feito, difícil, os que estamos ó teu lado sabemos que foi complicado, pero eu creo que hoxe se demostra que con traballo, con dedicación e sobre todo con imaxinación, os proxectos se poden sacar adiante. Aquel proxecto que no ano 2008 parecía que era inviable, que era imposible, que moitas horas seguramente perdestes da túa vida e de ocio que tiñas, pero que llo dedicaches a este proxecto, eu creo que hoxe o traballo está aí e ese recoñecemento se terá, no futuro, esperemos que todo salga ben, como non podía ser doutra maneira, porque estamos en mans de bos profesionais. Sr. Presidente.- Moitas Sr. Figueroa. Sr. Cacabelos. Sr. Cacabelos Rico.- Si, gracias Presidente. Bos días a todos e a todas. Bueno, pois traemos hoxe o capítulo final, ou aparentemente o capítulo final, das Pousadas. Este proxecto que como xa temos descrito en outras ocasións, en outros Plenos, é o Gaiás do Presidente da Deputación de Pontevedra. Primeiramente quería manifestar o malestar do Grupo Socialista Provincial porque a día de onte á unha da tarde non había nin un só papel do expediente, faltaba totalmente o expediente, non se pode vir hoxe aquí a un Pleno dicir, teñen vostedes á disposición todo o expediente cando onte para preparar este Pleno non tivemos oportunidade de ter nin a primeira folla do mesmo, así pois, o primeiro que temos que facer é a crítica ó trámite administrativo. Segundo, tamén a nosa sorpresa, preséntase un concurso público onde se presentan tres empresas como se nos acaba de explicar, ningunha delas leva a adxudicación, ábrese un proceso negociado e se invita, curiosamente, adxudícase a unha empresa que non se presentou ó concurso, que se invita, acaba de facer o Sr. Figueroa unha descrición do Presidente do Grupo Hotusa, a día de hoxe, nos periódicos dixitais se lle esqueceu unha característica moi importante tamén para nós, a día de hoxe trinta de abril, periódicos dixitais, titular, “Amancio López Seijas, de compartir pupitre con Rajoy a estar en todas as salsas”. Pois é chamativa, é chamativa esta cuestión e que sexa, curiosamente, este grupo o que leva á adxudicación das catro Pousadas, que sexamos claros, sexamos claros, vostedes aquí din Pousadas pero no prego de condicións técnicas falan de catro hoteis de catro estrelas, a diferenza é evidente, e esa é a realidade. O prego de condicións técnicas onde sacaban o concurso fala de catro hoteis de catro estrelas, o de Pousadas, bueno, pois é un cualificativo para, un cualificativo estético para darlle ó proxecto un carácter que realmente non ten. Falan tamén de que é un proxecto singular porque ten accesibilidade; non, a accesibilidade é un cumprimento que tiñan que ter todas as instalacións hoteleiras porque está recollido na lei, se di que, practicamente, o sesenta por cento das instalacións hoteleiras da provincia de Pontevedra non cumpren coa accesibilidade. Que favor lle faría a Deputación de Pontevedra a todas estas instalacións investindo estes dezasete millóns de euros que custan as Pousadas para que todos os hoteleiros da provincia de Pontevedra se puideran adaptar á lei e cumprir a lei. Non nos enganen, catro hoteis de catro estrelas, fondos públicos e que se lle dá, se lle entrega a unha empresa privada durante doce anos. Non nos mintan, non nos mintan, non nos mintan. Amais din que se comprometen, segundo o procedemento, a entregar o oito por cento dos beneficios sempre e cando, diga todo, eses beneficios sexan superiores a unha porcentaxe da facturación. E nós preguntamos, ¿e se hai perdas continuadas na xestión destes catro hoteis de catro estrelas, que vai a pasar?. ¿Todos os pontevedreses e pontevedresas, teremos que acudir ó rescate desta empresa?. ¿Seguiremos investindo máis cartos nestes catro hoteis?. Por certo, se lles interesa, pero imaxino que o coñecerán, teño fotos da accesibilidade que, como vostede di, hai nalgunhas destas Pousadas e a día de hoxe non están nin rematadas. ¿Quen vai a acometer esas inversións?. Seguimos sumando cartos, euros, ós dezasete millóns de euros que levamos investidos aquí; recordemos que deses dezasete millóns, dous millóns de euros son para mobiliario, a empresa vai a pedir un lote de mobiliario e a Deputación vai a ter que sacar un concurso para adxudicar, por dous millóns de euros, ese mobiliario. Desde logo singular si, singular para a empresa que o leva, porque desde logo en poucas ocasións un grupo hoteleiro vai poder ter estas vantaxes. Así pois, falamos do sector turístico, pois, Sres. Deputados do Partido Popular, goberno da Deputación de Pontevedra, traballemos conxuntamente para fortalecer o sector hoteleiro e o turismo, e sobre todo na Comarca do Salnés que é punteiro, posiblemente en toda Galicia, en este sector. Que ben lle faría ó sector hoteleiro nos tempos que están vivindo dezasete millóns de euros investidos directamente nese sector e en actividades complementarias e en proxectos que promocionen, promovan as actividades complementarias do turismo. Porque, hospedaxes hai de sobra, temos de sobra, non fai moito líamos como a propia Xunta de Galicia ía limitar, ía a paralizar a concesión de máis hospedaxes porque xa se superaba, porque o propio sector turístico de Galicia llo está pedindo á Xunta de Galicia, e aquí en Pontevedra como somos máis listos, permítanme a expresión, lle poñemos catro hoteis de catro estrelas, cen camas, na Comarca do Salnés para facerlle unha competencia directa ós nosos empresarios hoteleiros, si señor, e ademais dezasete millóns de euros. Para nós isto nos parece lamentable, nos parece lamentable e ademais incumprindo un acordo plenario celebrado aquí pouco antes das eleccións municipais do 2011, estratexia electoral do Presidente da Deputación que convenceu á Plataforma cidadana que estaba en contra do que se está facendo na Pousada da Lanzada, no Grove, e aquí chegou cun acordo dicindo, comprometéndose publicamente e acordando plenariamente, que sempre ía haber unha explotación pública e xestión pública e uso público das instalacións da Pousada da Lanzada. Mentira, mentira, hoxe esa constatación desa mentira, ¿por que?, porque aquí nos están dicindo, como acaba de dicir o voceiro do Partido Popular, que se lle concede a unha empresa, durante doce anos, a xestión única e a dirección única dos catro hoteis incluídos os da Lanzada, polo tanto, están incumprindo o acordo plenario e o Presidente da Deputación lle está mentindo ós veciños e veciñas do Grove, así pois, esa estratexia electoral hoxe en día se destapa e vemos todos, constatamos, como non era certa. De tal xeito que desde o Grupo Provincial Socialista só podemos dicir que, non remata aquí este Gaiás de Pontevedra, seguiremos investindo cartos, porque hai que rematar moitas actuacións dos entornos, dos accesos e dos propios hoteis de catro estrelas, nos parece, desde o principio vimos criticando, lamentable, todo este proxecto e, desde logo, pensamos, consideramos, cremos que para o turismo de Pontevedra, e moi concretamente do Salnés, non vai aportar absolutamente nada, absolutamente nada, aquí o que se tiña que traballar era por sacar proxectos máis imaxinativos que complementen a oferta turística, que revaloricen todas as opcións e as propostas turísticas e, desde logo, ir da man do sector hoteleiro e non poñerse enfronte con este proxecto. Agora nos veñen a dicir que o gran grupo Hotusa vai a vir aquí a xestionar, o que vai vir é a competir cos hoteleiros que desde fai moitos anos están poñendo no primeiro nivel do turismo mundial as Rías Baixas e a Comarca do Salnés. Así pois, temos que dicir que nos parece un, contradicimos e, desde logo, lamentablemente, ó Sr. Figueroa, voceiro do Partido Popular, porque hoxe é un día triste para o turismo na provincia de Pontevedra e moi concretamente na Comarca do Salnés. E, desde logo, había moitas máis opcións de meter, de investir, dezasete millóns de euros e non enganar ós cidadáns do Salnés metendo catro hoteis, e agora dándollo a unha empresa para que compita cos nosos hoteleiros. De tal xeito, non podemos compartir o que hoxe se trae aquí e reiteramos e lamentamos que desde a Deputación se promovan proxectos destas características. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e tadas presentes. Bueno, chegamos ó final, agardemos, dun proceso que a ver se podemos dicir aquilo que o que mal naceu poida rematar razoabelmente ben ou menos mal. Evidentemente, esas laudatorias do Sr. Figueroa aí ó final ó Presidente, creo que están un pouquiño fóra de lugar, case se pode interpretar en claves, así internas, do Partido Popular ou de buscar algún tipo de favor ou de relación co Presidente, eu creo que se excedeu un pouquiño. Pero, pódese prestar a moitas lecturas, ¿non?, tanto ímpeto aí nesas loas e demais, pero a historia disto é unha historia atravesada desde o principio, absolutamente atravesada, hai que recordalo, e o PP estaba en plena guerra porque houbo un recorte de Fondos Europeos para FEDER e polo tanto para o POL, entón non había POL para os concellos só había para, ¿non?, a Deputación podía presentar os proxectos e no seu momento tivo a feliz ocorrencia de presentar, non me acordo se dezaseis, trece proxectos, por máis cartos dos que, cando había máis fondos europeos lle podían corresponder. Xa naquel momento, naquela lista o BNG e este portavoz manifestaron moitas dúbidas e incluso a súa oposición a esta proxecto, ben, sorprendentemente, e se a memoria non me falla, dos proxectos que se mandaron, deses dezaseis, pois creo que se seleccionaron dous o tres que debían ser o, catro, oito e non sei que, este debía ir de oito ou de nove. A partir de aí, esta Deputación que probablemente non tivo todo o rigor e seriedade por aquela guerra que había que se o POL desaparecía, non desaparecía, tiñan máis cartos, tiñan menos cartos, pois topouse nunha situación que podía facer dúas cousas, ou levar adiante os proxectos ou renunciar ós Fondos Europeos, ou sexa que, naceu mal, evidentemente, a partir de aí atravesouse ben atravesado porque, ou moi equivocados estamos ou polas declaracións que se fixeron neste Pleno naquel momento non era o proxecto que, digamos, que entusiasmaba ó grupo de goberno nin ó Presidente, senón que ía de recheo para facer vulto, é dicir, que só daban unha parte moi pequena de todo o que se pedira, senón me acordo mal esa é a orixe disto. Bueno, a partir de aí, obviamente, entre perder os cartos, que non se podían destinar a outra cousa, nin no sector turístico nin en outro sector, igual se podía pretender un cambio pero eu creo que xa estaba bastante fixado e non había moitas posibilidades, pois só había dúas opcións, ou tirar para adiante co proxecto, coas dificultades e co verde que estaba, de feito veuse despois en canto a ubicacións e incluso en canto ó que custaba; ou perder eses nove, dez ou once millóns de Fondos Europeos que aportou a Deputación pois por aí dezaseis ou dezasete, ou se poderá ir ó que sexa. Optouse por tirar para adiante, creo que, razoabelmente, creo que razoabelmente, pero o asunto viña viciado de atrás e, entón, pois fixéronse como se puido as Pousadas, con certa guerra do sector hoteleiro da zona, pero, digamos que, a cousa non tiña marcha atrás, marcha atrás no sentido de que había que xustificar á Unión Europea os cartos e demais. E, chegamos a un momento en que, bueno, pois o que parecía un bocado apetitoso para xestionalo, obviamente, a xestión directa, neste caso, practicamente imposible, cando co proceso de concentración, do sector hoteleiro pois é imparable, ou polo menos da asociación, ou sexa, quen teña un hotel, a menos que viva de certo tipo de público moi fixo, que vén a certas cousas, pois, practicamente, están todos en cadeas ou asociados, ou sexa, que a xestión directa, a menos que fora por Paradores Nacionais non había maneira de facela, e veuse que a iniciativa privada tiña bastante pouco interese e resultaba bastante pouco atractivo, ¿non?, de feito o concurso quedou deserto ¿non?. Cando saíu o concurso, a primeira vez, se se recordan, por este grupo díxose, ¡que haxa sorte!, porque probablemente quede deserto, e quedou deserto. Bueno, agora, pois das tres ampliouse a cinco, das tres que se presentaron, que tamén se puido presentar a adxudicataria e, á que agora se lle adxudica, e cóllea esta, houbo unha empresa que ó final se decidiu a intentalo. Ben, nesta situación pois nós o que temos que dicir é, por un lado, sería temerario, temerario, inintelixible, que estas infraestruturas, estes edificios que están feitos e que, como é obvio, sen ningún uso, o único que van facer é seguir tragando cartos para nada, sería temerario, pois non intentar utilizalos, obviamente. Naceron como naceron, as dificultades foron enormes, pero están aí e, polo tanto, sería absolutamente, repito, repetimos, temerario e, bueno, rozaría todo o habido e por haber, incluso con posibilidades de sancións da Unión Europea, de ter que devolver os cartos e demais, de devolver os cartos e incluso sancións por telos abandonados. Pero bueno, independentemente do financiamento, sería absolutamente absurdo non intentar que teñan uso e que poidan aportar dentro das súas posibilidades, aportar o que nacer. Ben, nós, por outro lado, pois non, somos plenamente conscientes e incluso criticamos cando foi a relación para solicitalas, de que non naceu ben e aparte nós non xestionamos a Deputación, non xestionamos a contratación e demais. Polo tanto, nós todo o que podemos dicir é, que haxa sorte, por nós non vai quedar, vámonos abster e, que haxa sorte e demais e, evidentemente, foron outros tempos, non só foi con isto, foron outros tempos en que parece que había que facer grandes infraestruturas, había que facer grandes cousas, agora están aí, hai que utilizalas, pois, utilicémolas da maneira da maneira menos mala posible. Non creo que sexa cuestión de repetir e insistir en que naceu como naceu, foi nunha lista que non estaba priorizada pola Deputación que ó final chegou, e son destes entales que teñen todas as administracións cando piden cartos a outras administracións, que lle poñen mil condicións e despois seleccionan a quen parece, e despois poñen unhas cousas que son, bueno, pois de tomar decisións, se tiras para diante ou non tiras para diante, se non tiras para diante perdes financiamento e parece que eres un mal xestor, e se tiras para diante, pois arrastras sempre esa orixe e ese problema. Repito, por nós non vai quedar, unha vez chegado aquí, sería moito máis gamberro non facer nada que facelo, moito máis, polo tanto, pois que haxa sorte, como dixemos cando dixemos cando saíu o concurso, que haxa sorte e que poidan, senón ser un éxito polo menos que non sexan unha desgraza, polo menos que teñan unha saída e se pode ser de éxito, pois, infinitamente mellor, claro, porque son cartos públicos e ó final puxérono todo os cidadáns pola vía da Unión Europea ou pola vía da Deputación e hai que darlle a maior rendabilidade posible porque son cartos dos cidadáns. Pola nosa parte nada máis, sempre tivemos algunha postura, tamén cando saíu o concurso e que haxa, en principio, creo que o prazo que se lle dá sería para que este verán estiveran abertas, ¿non?, incluso en xuño, agardemos que sexa así, agardemos que funcionen e agardemos que teñan o éxito suficiente como para que non se reverta nun gasto continuo, nun can para a Deputación, que sería o peor que podería pasar, independentemente da orixe, independente, están aí e que vaia o mellor posible. Temos as nosas dúbidas porque xa as manifestamos cando foi o concurso, xa as manifestamos porque está o sector como está e está, digamos, a situación como está e é un produto moi específico que ten os seus, pola ubicación e por todo, ten os seus problemas de que poida estar e poida funcionar, ogallá sexa certo que funcionen, que vaian ben e que tal. Eu, pola información que temos, por exemplo, dixo doce anos, bueno, unha infraestrutura hoteleira xa, por non falar do futuro, normalmente, normalmente nestes momentos estase calculando entre doce e vinte anos a vida útil, ou sexa, ó cabo dese tempo, pero ogallá o agote, ogallá o agote e despois xa veremos o que suceda, o que sucede, e que teñan éxito, ¿non?. O asunto agora é non ter iso ós paxaros, non telo ás humidades, non telo abandonado que repercutiría en problemas moito máis graves, é unha tragadeira continua de cartos para nada, que sería o peor é o máis inútil e o máis terrible que se pode facer cos cartos públicos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, de maneira moi breve o Sr. Mosquera xa me aforrou unha parte importante da intervención porque describiu como foi o camiño deste proxecto, que non foi, evidentemente, nada fácil. No seu momento o Partido Socialista de vinte e sete proxectos que presentou a Deputación nos dou tres, entre eses tres nos deu este, evidentemente, actuamos de maneira responsable pois, tirando para adiante e buscándolle, precisamente, solución. Non foi fácil buscar terreos, permisos, proxectos, facer os proxectos e despois, neste caso, adxudicar estas obras e, agora mesmo, rematar o proceso coa súa, neste caso, xestión. Para iso hai que dicir que, pois creo que encontramos probablemente a mellor empresa do sector que hai hoxe en España, iso non é unha cuestión fácil, a min me houbera gustado que moitos compañeiros de pupitre, como dicía o Sr. Cacabelos, pois, foran empresarios como este e se puidera presentar un currículum tan extraordinario como o deste empresario, ojalá houbera moitos así, non sei se os hai no Partido Socialista, pero ojalá os houbera, por iso quero agradecer, neste caso, a esta empresa, desexarlle, evidentemente, sorte, hai que recordar tamén que esta empresa xa depositou un aval de catro centos mil euros na Deputación para poder facerse cargo desta xestión e ó mesmo tempo, bueno, pois o Patrimonio público da Deputación agora mesmo ten, neste caso, entre outros, que xestionamos durante este último mandato dezasete millóns de euros máis de Patrimonio que son de todos os pontevedreses, que iso foi unha xestión que se fixo desde esta Institución. Polo tanto, creo que todo iso son datos contrastables e moi importantes e, xa digo, o haber chegado ata aquí, pois nos permite agora, como digo, sacar adiante esta importante iniciativa, de aí que, vamos a proceder, como de todos xa é coñecido á votación desta adxudicación. Sr. Cacabelos. Sr. Cacabelos Rico.- Moitas gracias. Moi brevemente Sr. Presidente. Mire, non estou moi de acordo co que acaba de dicir vostede. Un empresario que agora alaban aquí que non se presentou ó concurso, non se presentou ó concurso pero si vén polo procedemento de negociado por invitación, bueno, pois vámoslle a poñer un interrogante. Segundo, fala vostede que a Deputación incrementa dezasete millóns de patrimonio para que o xestione unha empresa privada durante doce anos, por certo, vaia inversión Sr. Louzán, vaia inversión, cento setenta mil euros, cento setenta mil euros por habitación, cento setenta mil euros por habitación, ós prezos que está a vivenda, por favor, solamente en mobiliario, solamente en mobiliario cada habitación vinte mil euros, isto é a gran inversión e o gran proxecto da Deputación de Pontevedra, non nos engañe, non podemos compartir. E queda pendente o anexo do Talaso e instalación deportiva de Ribadumia, como non podía ser doutro xeito, no piso piloto do Partido Popular, en Ribadumia, millón e medio de euros para Ribadumia, para o Talaso e instalacións deportivas, cento setenta mil euros por habitación, vinte mil euros de mobiliario por habitación e isto é un incremento de patrimonio para a Deputación de Pontevedra, doce anos de concesión e xa veremos cando a Deputación vai a ter que recuperar esta inversión, como vai a estar e como a vamos a tomar. No podemos compartir e desde logo as súas explicacións non nos valen e, lle recordo, mentiu ós veciños do Grove, recórdollo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Cacabelos. Vostede siga sentado na súa demagoxia, é evidente que está na oposición por algo, estivo na alcaldía e agora está na oposición por algo, entón esa é a realidade, ¿non?, se fose doutra maneira, pois estaría vostede no Goberno xa que, como vostede di, é un gran xestor e que xa se ve nos datos que de alí se desprenden, en todo caso, non vou a entrar na súa demagoxia, o que si está claro é que un dato contrastable de que a Deputación, hoxe, ten dezasete millóns de euros máis de patrimonio e de terreos que son públicos, que eran privados, e polo tanto, iso é o importante, iso é a capacidade de xestión e non como fixeron outros que arruinaron este país. Polo tanto, vamos a proceder á votación deste punto, adxudicación do contrato para a xestión e promoción do proxecto “Pousadas do Salnés” da Deputación de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase, por unanimidade, ratificar a inclusión deste punto na orde do día. O proxecto “Pousadas do Salnés” é unha actuación da Deputación Provincial de Pontevedra para a creación dun produto turístico accesible e sostible na comarca do Salnés da provincia de Pontevedra. Está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Deputación Provincial de Pontevedra e pretende dar resposta á necesidade de diversificar a oferta turística nesta comarca, motor turístico das Rías Baixas, mediante a creación de 5 establecementos turísticos totalmente accesibles, a apertura de varias rutas nas marxes de diversos ríos da Comarca e a recuperación de escavacións arqueolóxicas. Todo, enfocado ó disfrute de todos e promovendo un turismo sen barreiras que pretende converterse nun referente de ámbito internacional. Os elementos que conforman o proxecto Pousadas compóñense dos seguintes inmobles: a) “Pousadas”: catro (4) establecementos hoteleiros situados en concellos diferentes cunhas características diferenciadoras dos demais en función dos seus clientes obxectivo (Praia, viño, rutas e cultural): - Pousada “A Lanzada” (O Grove). - Pousada “O Outeiro de Covas” (Meaño). - Pousada “Ribadumia” (Ribadumia). - Pousada “A Armenteira” (Meis). b) Centro de Ocio e Termalismo (Salutem Per Acqua): un moderno establecemento no cal se poden mesturar a saúde e o ocio. Situado no concello de Ribadumia, construído ó lado da Pousada “Ribadumia”, e integrado con esta, é un lugar onde o hóspede poderá disfrutar dun tempo de relax e ocio que farán inesquecible a súa estancia. Aínda que é un dos servizos común ás “Pousadas”, o seu uso non estará condicionado ó hóspede dalgunha delas, senón que será de libre acceso ó público. Resultando que o anuncio de licitación publicouse no Boletín Oficial da Provincia número 235, de data 9 de decembro de 2013, publicándose tamén a convocatoria no Boletín Oficial do Estado número 297, de data 12 de decembro de 2013, e no Boletín Oficial das Comunidades Europeas, número de referencia, 2013/S 243-423004, o día 14 de decembro de 2013. A Mesa de Contratación de data 25 de febreiro de 2014 acorda, por unanimidade, propor ó órgano de contratación declarar deserto o procedemento aberto da concesión demanial para a xestión e promoción do proxecto “Pousadas do Salnés” por non presentarse ningunha empresa que acreditase os requisitos de solvencia mínimos esixidos. Á vista do exposto, e considerando o artigo 93 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, o Pleno da Corporación, en sesión de 28 de febreiro de 2014, declarou deserto o procedemento aberto e acordou iniciar un procedemento negociado para outorgar a concesión solicitando propostas, polo menos, a tres empresas capacitadas e con solvencia suficiente sempre que iso sexa posible. Resultando que por Resolución Presidencial con número de rexistro 2014008905, acordouse convidar a presentar proposición ás seguintes empresas: - Grupo Mas Costas Club Spain, S.L. (B-36.517.969) - Millán Servicios Turísticos, S.L. (B-76.048.453) - STC Serveis Turistics, S.L. (B-61.878.963) - Rafael Hoteles, S.A.U. (A-80.239.007) - Arlea Hotels, S.L. (Grupo Hotusa) (B-64.562.770) Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o 25 de abril de 2014, procedeu á cualificación da documentación xeral presentada no sobre A polo único licitador que optou á concesión, a empresa Arlea Hotels, S.L., nese mesmo acto, a Mesa de Contratación procedeu á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de Contratos do Sector Público. Concluída a apertura do sobre B, procédese á apertura do sobre C, dos criterios avaliables mediante fórmulas. Remitida a proposta de Arlea Hotels, S.L. ó Servizo de Turismo Rías Baixas para a súa valoración de conformidade cos criterios de adxudicación. Visto o informe da Xefa de Servizo de Turismo Rías Baixas de data 26 de abril de 2014, do que se traslada que de conformidade cos criterios de adxudicación establecidos nos pregos, a oferta presentada por Arlea Hotels, S.L. obtén na primeira fase da negociación unha puntuación total de 56,51 puntos e que cumpre co esixido nos Pregos que rexen a contratación. Resultando que polo Servizo de Contratación iníciase a segunda fase do procedemento convidando á empresa a mellorar a proposta presentada, unicamente, nos seguintes aspectos económicos e técnicos: - Orzamento máximo do mobiliario a adquirir pola Deputación, previa a licitación do correspondente contrato de subministración, para ese efecto. - Prazo inicial da concesión. - Porcentaxe ofertada dos beneficios para satisfacer como canon. - Días adicionais de apertura. - Prazo para a posta en funcionamento e apertura da totalidade das instalacións. Finalizada a segunda fase de negociación e visto o informe emitido pola Xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas de data 28 de abril de 2014, no que establece que avaliados os aspectos económicos e técnicos a negociar mellorados pola empresa e tendo en conta a puntuación nos criterios non avaliables de forma automática, na segunda fase do procedemento negociado Arlea Hotels, S.L. obtén unha puntuación total de 67,69 puntos. En base ó anteriormente exposto, na reunión que tivo lugar o 28 de abril de 2014, a Mesa de Contratación propón adxudicar á empresa Arlea Hotels, S.L. a concesión demanial para a xestión e promoción do proxecto “Pousadas do Salnés” da Deputación de Pontevedra, elevando a súa proposta ó órgano de contratación. Resultando que a empresa Arlea Hotels, S.L. (Grupo Hotusa) (B-64.562.770), presentou a documentación requirida mediante Resolución Presidencial de 28 de abril de 2014, de conformidade co disposto no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio ó emprendedor), e entre a que se atopa o compromiso de constituír unha garantía por importe de 400.490,84 euros. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 2, faculta ó Pleno da Corporación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 3 onde figura que lle compete ó Pleno da Corporación as concesións sobre os bens da Corporación. O Pleno da Corporación, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: Adxudicar á empresa Arlea Hotels, S.L. (Grupo Hotusa) (B-64.562.770) a concesión demanial para a xestión e promoción do proxecto “Pousadas do Salnés” da Deputación de Pontevedra de acordo ó seguinte detalle: - Prazo inicial da concesión: 12 anos. - Porcentaxe dos beneficios obtidos en cada exercicio, antes de impostos, a satisfacer como canon: 11%. - Número de días adicionais de apertura ofertado a maiores dos mínimos esixidos: 50 días naturais. - Achega económica a realizar pola Deputación de Pontevedra para a realización das actuacións necesarias para a posta en funcionamento das Pousadas e instalacións complementarias: 1.436.351,33 euros. - Prazo para a posta en funcionamento e apertura da totalidade das instalacións: 8 semanas. A concesión demanial para a xestión e promoción do proxecto “Pousadas do Salnés” estará condicionada ó cumprimento de todos os compromisos adquiridos e á formalización do contrato por parte da empresa adxudicataria. 3.6466.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE EN RELACIÓN CO PROXECTO DE LEI ORGÁNICA DO PODER XUDICIAL Sr. Presidente.- Punto número 3. Moción do Grupo Provincial Socialista en relación ó proxecto de Lei orgánica do poder xudicial. Sr. Rodríguez Díaz.- Sr. Presidente, traemos unha moción que está causando moita inquietude, nos profesionais da xustiza e tamén nos cidadáns, con motivo da aprobación no Consello de Ministros o pasado catro de abril do anteproxecto da Lei orgánica do poder xudicial que establece a desaparición dos partidos xudiciais e que estes serán substituídos por tribunais provinciais de instancia. Na provincia de Pontevedra esta medida suporá a desaparición dos doce partidos xudiciais e unha fonda alteración do funcionamento da xustiza, tamén da accesibilidade por parte dos cidadáns e tamén con elevados costos derivados. Nós temos na provincia unha cidadanía espallada no territorio e debe corresponder unha planta dos servizos públicos que facilite o achegamento dos cidadáns. Os actuais partidos xudiciais veñen dando resposta á litixiosidade pero tamén á proximidade, esquecer esta non mellora aquela só a cambia de lugar. Pero, crea outros problemas engadidos ós profesionais da xustiza, ós funcionarios, ós avogados, ós procuradores, ás entidades auxiliares, ós concellos e, sobre todo, ós cidadáns. Esta medida centralizadora forma parte dunha política xudicial fondamente lesiva para os cidadáns, o Goberno do estado paralizou os procesos de modernización tecnolóxica, de posta en funcionamento da nova oficina xudicial e de creación das novas prazas públicas. No verán o servizo prestado polos rexistros civís deixará de ser gratuíto podendo pasar ás mans dos rexistradores da propiedade, agora, ademais proponse a desaparición dos partidos xudiciais e a concentración da actividade xurisdicional nas capitais de provincia. O Goberno promulgou unha nova Lei de taxas disuasorias pola súa contía e restritivas para as persoas con menos recursos. Agora, lle engadimos a supresión dos partidos xudiciais que incrementará os custos de desprazamento, queda esquecida a defensa dos dereitos dos cidadáns e o acceso a unha tutela xudicial efectiva e igualdade como garanten os artigos 14 e 24.1 da Constitución Española. Temos que dicir que este proxecto de Lei orgánica que contempla tamén a supresión das propias audiencias provinciais, o anteproxecto contempla que as súas competencias serán asumidas polos tribunais superiores de xustiza das comunidades autónomas, isto suporá que todos os recursos de apelación que se vían nas audiencias provinciais serán vistas na Coruña, cidade na que ten a súa sede o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Quero incidir nisto, que, con esta lei desaparecen as audiencias que están, as sección das audiencias que están en Vigo e que están en Pontevedra e os casos que se ven nelas, os cidadáns terán que ir cos seus recursos de apelación á cidade de A Coruña. E vemos que, na nosa provincia, que hai trece partidos xudiciais, na cidade de Pontevedra ingresaron dezaoito mil seiscentos un asuntos, na cidade de Vigo oitenta e sete mil seiscentos trinta e seis, en Lalín tres mil douscentos doce, na Estrada dous mil catrocentos tres, en Caldas tres mil setecentos vinte e cinco, en Vilagarcía sete mil oitocentos trinta e cinco, en Cambados oito mil novecentos sesenta e sete, en Marín cinco mil trescentos nove, en Cangas sete mil novecentos oitenta e seis, en Redondela catro mil novecentos noventa e sete, en Ponteareas seis mil oitocentos oitenta e tres, no Porriño sete mil cento setenta e sete e en Tui cinco mil seiscentos dezasete, e fago referencia a cada un destes asuntos con datos de 2012 porque con estes asuntos en cada un dos xulgados de cada un dos partidos xudiciais se ve, claramente, a dimensión, a dimensión do dano que fai este anteproxecto de lei aprobado no Consello de Ministros. Por iso o Grupo Provincial Socialista propoñemos ó Pleno da Deputación de Pontevedra que inste ó Goberno de España para a retirada inmediata do proxecto de Lei do Poder Xudicial. Que o Pleno da Deputación de Pontevedra inste á Xunta de Galicia a reclamar do Goberno do Estado o mantemento dos partidos xudiciais da Provincia de Pontevedra, e que se dea traslado dese acordo do Pleno da Deputación de Pontevedra á Xunta de Galicia, ó Ministerio de Xustiza e á Presidencia do Goberno. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sr. Presidente. A moción que está incluída na Orde do Día, que hoxe trae aquí o Grupo Socialista, cremos que é absolutamente razoable e vamos a votar a favor. Non é cuestión de describir, de describir con calma todo o que significa a reforma levada, digamos, nos términos en que está, propón unha serie de cousas que están escritas, vamos, unha serie cousas onde no anteproxecto de Lei, que ninguén estaba demandando, parece que este Ministro ten a virtude de meterse en todos os charcos que ninguén demanda, e non hai ningunha disfunción clara, nin ninguén recoñece que haxa unha disfunción clara en canto ó reparto de xulgados, incluso tribunais de segunda instancia ou por competencias, pódese un imaxinar, xa por meter un elemento diferente ó que se di habitualmente, senón cambian todos os delitos, que, por exemplo, vamos polo penal, que pidan, en principio, máis de cinco anos, terían que vir ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Imaxínense todos, desde os penais con todo o aparato que supón, de carga, de vixilancia e demais, todos para Coruña nesas circunstancias. Bueno, por poñer un exemplo, que se podían poñer moitísimos, moitísimos máis, está acadando algo difícil, que poñer de acordo a todos os estamentos da xudicatura e das, vamos, os que están e tal, o cal parece razoable, pois, mostrar oposición a este proxecto. E por outro lado que tamén, incluso o propio Presidente da Xunta ten manifestado as súas reticencias abertas e claras. O que si creo que non pode pasar sen facerse mención é que algo que non beneficia a ninguén, que non é certo que beneficie a Pontevedra, porque se suprimen as audiencias, se se suprimen audiencias non se ve onde está o beneficio, nin para os cidadáns nin tan sequera Pontevedra, pois resulte que en Vigo, digamos, poida levar a ir xa máis alá do que poida significar e haxa esa especie de declaración, de ir máis alá e, en caso de que se aprobe, pois pedimos e pedimos e pedimos. Por outro lado tamén o fai o PP de Pontevedra, non parece que teñan moito sentido este tipo de disputas, neste momento, nin eses localismos fóra de lugar que, en todo caso, terían sentido se é que, desafortunadamente, e agardemos que iso non suceda, chegara a ir a diante este anteproxecto de Lei tal como vai; alegrámonos moitísimo do texto da cordura, do enfoque que leva esta moción, o que lamentamos é que non fora así en Vigo no seu momento, ou en Pontevedra por parte do Partido Popular, porque, practicamente, o texto é o mesmo que se aprobou no concello de Pontevedra coa oposición do Partido Popular, é o mesmo que propoñía o BNG en Vigo. Bueno, pois alegrámonos de que teña ese toque de cordura ou polo menos de axeitamento ó momento actual, o momento actual é de frear unha lei que non vai beneficiar a ninguén e non dispersar forzas ou adicarse a outros fins que non parece que teñan ningunha razón de ser e que o único que vai a lograr é aquilo de “divide e vencerás”. Eu agardo, non sei que ten pensado facer o Partido Popular porque na Comisión abstívose, agardo que, salga por unanimidade porque é algo que non vai beneficiar a ninguén, se é que a lei vai adiante tal como está, sobre todo en Galicia non vai beneficiar a ninguén, a ninguén, nin a cidades, nin a vilas, nin á organización da xustiza, nin ós cidadáns. E, manifestar esta retirada da lei, a argumentación esa de que, bueno, mellor que se tramite, esa que fixeron coa lei de aborto, mellor que se tramite. Non, unha lei ten unha orma, unha lei ten uns principios, se nos principios non estamos de acordo o único que se pode facer é retirala, preséntese outra con outros principios, porque o outro non ten ningún sentido, ¿que tramitas?, ¿que se tramita?, é intramitable, ou sexa, non hai modificacións posibles dentro do corpo lexislativo, hai modificacións pero dentro dos principios que ten, e se os principios son eses, senón estamos de acordo con eles, pois hai que pedir a retirada e que se cambien, eses principios, que presenten outro anteproxecto con outros principios. Pero esa argumentación non vale, é como se fai unha lei, é dicir, vamos facer unha lei, acabo de mirar para Crespo, pois do solo, porque estiven na Comisión, é restritiva, é dicir, non, non, é que no trámite podemos facer permisiva, iso é imposible, ou fas unha lei que ten uns principios A, ou ten B, o que non pode ter é A e B á vez, porque senón iso non é unha lei iso é unha chapuza, é unha colección de remendos. Ou sexa, agardo que haxa, vamos, que o PP non nos veña con esa, non, mellor que se tramite, non estamos en contra de que se rectifique, ten uns principios esta Lei, e eses principios senón estamos de acordo en Galicia, non se adapta para nada e pode montar un follón que non ten ningunha saída e que á parte non beneficia a ninguén, absolutamente a ninguén, pois hai que facer outra, hai que retirar este anteproxecto e se se quere facer unha reordenación da Administración de Xustiza pois fágase outra Lei sobre outros principios, porque o outro non ten moita saída, o outro é unha saída para dicir, non, opóñome pero non me opoño, digo que si, digo que non, ou sexa, digo que non, bueno, non ten moita razón de ser. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, estas mocións se están levando a cabo e debatendo en case todos os concellos, nós polo que sabemos ata o día de hoxe, bueno, pois parece que hai bastante unanimidade no resultado, sobre todo nas votacións de cada unha delas. Podíamos empezar a explicar agora aquí as características que ten a provincia de Pontevedra, as singularidades que ten Vigo, Pontevedra e os demais concellos. Eu creo que xa se dixo, sería reiterado o discurso e ó final, bueno, pois, volveríamos a dicir todos exactamente o mesmo. Nós, como grupo político levamos traballando este tema dende hai tempo, dende o primeiro borrador de anteproxecto, se lle remitiu ó Ministerio unha serie de incidencias sobre o que pensamos como partido dende a provincia de Pontevedra, que estaba funcionando razoablemente ben, é dicir, non había maiores cuestións, é certo que todo o tema xudicial sufriu unha loita importante no seu día, é dicir, que creo que é mellor nin mencionar e que, pouco a pouco, pois, que cada concello da provincia foi adaptándose e acadando os obxectivos que se perseguían. Eu creo que isto foi un proceso moi lento, de moitos anos, é dicir, onde houbo tamén momentos difíciles, incluso de entendemento entre os grupos políticos, pero pouco a pouco, eu creo que o tema xudicial e todo o relacionado coa Lei de demarcación e planta xudicial, bueno, pois estaba funcionando razoablemente ben. A partir de aquí se plantexa unha primeira aprobación dun anteproxecto, que nós xa llo trasladamos ó Ministro que o rexeitamos, fixémosllo chegar tamén á Xunta de Galicia no seu momento, cremos que o partido xudicial está funcionando razoablemente ben, é certo o que di vostede, Sr. Mosquera, que algo había que cambiar pero, evidentemente, esta proposta que se nos fai nós tampouco a aceptamos, é dicir, non aceptamos e, creo que é público as nosas comparecencias de cada un, de alcaldes de diversas comarcas, tanto de Pontevedra, dende a propia Deputación, no concello de Vigo, etc., etc. Polo tanto, nós vamos a votar a favor desta Moción, é certo que ten matices distintos con respecto a outras que se aprobaron ó mellor no concello de Pontevedra ou outras que se aprobaron en Vigo no seu momento, que vostedes en Vigo, por certo, para darlle unha recomendación que voten a favor, porque votaron en contra, pero bueno, é un matiz que tampouco ten maior importancia, ten a importancia de que votaron en contra, de que vostede non se poña como exemplo de algo, de buscar a unidade, porque os seus compañeiros de Vigo votaron en contra desta Moción. Polo tanto, nós vamos a votar a favor como xa fixemos así en Vigo, e aquí, vamos, pois, loxicamente, a apoiar que desde aquí se poida instar ó Goberno de España a retirada do proxecto; tamén reclamar ó Goberno do Estado o mantemento dos Partidos Xudiciais da provincia de Pontevedra e dar traslado do acordo, como piden vostedes, á Xunta de Galicia, ó Ministerio de Xustiza e á Presidencia do Goberno, que xa llo demos, pero bueno, non é unha cuestión agora de reincidir do que fixemos nós, do que fixeron vostedes. O que está claro é que nós estamos preocupados con este tema, que non aceptamos esta proposta, que vamos a intentar que esta proposta se modifique na súa tramitación, vamos a estar moi atentos, e esa é a postura que ten o Grupo Popular, o Partido Popular a nivel provincial, a nivel galego, e por suposto, a nivel de cada unha das cidades e das comarcas e dos partidos xudiciais. Polo tanto, vamos a votar a favor, e, Sr. Mosquera, dígalle á Sra. Iolanda Veloso que bueno, porque lle rompen o discurso, ¿entende?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver, se non estou mal informado, dúas cousas, unha, en contra do que vostedes van a votar, nos alegramos profundamente, no concello de Pontevedra, o seu grupo, o seu portavoz, non sei se é portavoz ou non, parece que por agora si, resulta que fixo unha encendida defensa da Lei e que tiña que ir adiante porque era moi beneficiosa para Pontevedra, ou sexa, que, evidentemente, nada deste discurso que compartirmos e senón estou mal informado, na Moción que se presentou en Vigo, que votaron vostedes, ía que se vai adiante haxa dúas capitalidades e senón pode haber dúas que haxa, o Partido Xudicial que sexa só Vigo, que sexa a capital, e se o Tribunal Superior, se desaparecen as Audiencias, pois que se divida, que a metade estean en Vigo, senón estou mal informado. E, nós votouse en contra en Vigo porque o que defendíamos era un texto similar ó que hoxe temos aquí, ó que temos aquí. Entón, por favor, os feitos están aí e un pouquiño de precisión no que se di, porque é falso, é falso, tal como está isto non vai saír beneficiado ninguén, e creo que compartimos todos. Entón, non poñamos o carro diante dos bois, ou sexa, e nos poñamos agora a dicir, non, non, pero se acaso, entón xa, Vilagarcía quere, Pontevedra quere, é dicir, mire, ¿hai algo no que esteamos todos de acordo?, si, que nos prexudica a todos, si, bueno, pois estamos todos de acordo e xa está; e non empecemos porque en Vigo si se empezou con outras cousas. Quero que quede claro e non, a Sra. Iolanda Veloso que está atendendo ós medios de comunicación, e que vén aí, e demais, nin o BNG en Vigo votou nada raro nin distinto ó que votamos aquí ou ó que votamos no concello de Pontevedra. En todo o caso, ou sexa que, agora, se en Vigo se presenta algo e hai que estar todos de acordo en algo que non estamos de acordo porque non estades a iso e tal, e intentan votar en contra, defendendo outra postura e, repito, alégrome moitísimo, á parte que veña, que veña, exactamente, ¿non?, bueno, que non podemos obviar que o portavoz do PSOE tamén forma parte da Corporación de Vigo e o Sr. Figueroa tamén, e que haxa este acordo que é bastante distinto có que se adoptou en Vigo e alegrámonos moitísimo e parécenos que é a liña, parécenos que é a liña e se queremos conseguir algo, á parte alegrámonos moitísimo de que haxa consenso, neste caso, unanimidade de todas as forzas políticas para que se sepa, polo menos, e intentar que este anteproxecto de Lei non vaia adiante, se hai que reformar a xustiza, refórmase doutra forma, pero tal como vai e na dirección que vai, entendemos todos, que entendamos todos que é prexudicial e desaxustado ó que é a realidade galega. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, eu creo que está todo dito, creo que é o importante, pero eu quería deixar como Partido Socialista, deixar claro que quen abre o melón é o Sr. Gallardón, o Ministro Gallardón, que é o que vai de éxito en éxito, cos rexistros, o taxazo, a Lei de aborto, agora os partidos xudiciais, é dicir, é el o que provoca o follón, e despois, o demais é engadido. Polo tanto, o que nós pedimos aquí é que a Xunta de Galicia, que tamén ten competencias, se molle, porque o Presidente Sr. Feijoo cando o borrador deste anteproxecto dixo que ía a falar co Goberno para que esta Lei saíra atendendo á realidade de Galicia e, non sei se falou ou non, senón falou malo e se falou non lle fixeron caso ningún porque o anteproxecto vén exactamente igual, esa é a realidade. E ademais é unha lei que, un anteproxecto de lei, que ten a todos en contra, a todos, a todos, todos, cando dicimos todos é a todos, non hai ninguén a quen se lle pregunte, todos din que están en contra. E é certo que se están levando mocións en concellos, tamén en deputacións; temos que en Lugo tamén se aprobou por unanimidade, na Deputación de Lugo un texto neste sentido máis ou menos. Pero, eu para remate quixera dicir unha cousa, que, cando se fala de localismos, de disputas de localismos, é dicir, cando a Coruña fala de localismos é porque Vigo ou a provincia de Pontevedra reclama algunha cuestión, cando é para eles iso non é localismo. Entón, me parece que estas cuestións deben quedar bastante claras, e hai unha realidade, cando o Goberno galego fala de excepcionalidades e mete no mesmo saco a Ferrol, a Santiago ou a Vigo, Vigo “es el caso”, non é un caso máis metido aí, Vigo “es el caso”, e o di a propia Unión Europea. Eu sei que ós medios de comunicación de aquí da capital lles interesa saber moito a posición do Grupo Provincial Socialista e sobre todo pola súa condición do seu portavoz de concelleiro tamén en Vigo, pero que estamos defendendo que se retire esta lei porque quen provoca o caos é o Goberno do PP, é o Sr. Gallardón quen provoca o caos, ¿quen lle mandou, quen lle pediu, onde estaba a esixencia para facer este cambio de lei da planta xudicial?. E, dito isto, a propia Unión Europea avala a Vigo como caso único, como caso único, di clarísimo, di: para modernizar o Sector da Xustiza ten que haber criterios de proximidade, de número de asuntos, tamaño do Xulgado e tamén o potencial económico; hai datos, alguén dubida de que Vigo ten case 300.000 habitantes, alguén dubida de que Vigo ten 82.000 casos, que é dicir, que Coruña e Santiago xuntos non chegan nin a eses casos, ¿iso é falar de localismo?, é falar da realidade de onde están os cidadáns, esa é a realidade, esa é a realidade e non hai ningunha cuestión de localismo, nin de querer ir máis alá, nin a menos. Non é lóxico dicir de que, ¿por que ten que estar só o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en A Coruña?, ¿por que ten que estar alí?, ¿por que non pode estar na provincia de Pontevedra o TSJ?, ¿por que non pode estar aquí?. Non, estou falando, mira, agora estou falando xa para os medios, é dicir, se o TSJ pode ter unha Sección na provincia de Pontevedra, ¿por que ten que estar na Coruña?, ¿por que non se pode desdobrar?. Por iso, por iso, por iso. E, eu quero reivindicar aquí tamén o papel da cidade de Vigo como parte desta provincia e como parte de Galicia, e dicilo clarito, que non hai localismos de ningún tipo, hai unha realidade de cidade que os Socialistas tamén a entendemos e interpretamos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Como hai unanimidade vamos a proceder, polo tanto, á votación desta Moción do Partido Socialista en relación co proxecto de Lei orgánica do poder xudicial. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal acorda, por unanimidade, aprobar a moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE en relación co proxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial. Dita moción é como segue: “O Goberno vén de anunciar a supresión dos Partidos xudiciais coas reformas da Lei Orgánica do Poder Xudicial, para concentrar ós xuíces nas capitais provinciais e crear Tribunais de instancia. En Pontevedra esa medida suporá a desaparición dos 12 partidos xudiciais e unha fonda alteración do funcionamento da xustiza, da accesibilidade dos cidadáns e dos custos derivados. A unha cidadanía espallada no territorio, debe corresponder unha planta dos servizos públicos que facilite o achegamento dos cidadáns. Os actuais partidos xudiciais veñen dando resposta á litixiosidade pero tamén á proximidade. Esquecer esta non mellora aquela, só a cambia de lugar. Pero crea outros problemas ós profesionais da xustiza, funcionarios, avogados, procuradores, ás entidades auxiliares, ós concellos, e sobre todo ós cidadáns. Esta medida centralizadora forma parte dunha política xudicial fondamente lesiva para os cidadáns. O Goberno do Estado paralizou os procesos de modernización tecnolóxica, de posta en funcionamento da nova oficina xudicial e de creación de novas prazas públicas. No verán, o servizo prestado polos rexistros civís deixará de ser gratuíto, podendo pasar ás mans dos rexistradores da propiedade. Agora proponse a desaparición dos partidos xudiciais e a concentración da actividade xurisdicional nas capitais de provincia. O Goberno promulgou unha nova lei de taxas, disuasorias pola súa contía e restritivas para as persoas con menos recursos. Agora a supresión de partidos xudiciais incrementará os custos de desprazamento. Fica esquecida a defensa dos dereitos dos cidadáns e o acceso a unha tutela xudicial efectiva, e a igualdade, como garante os artigos 14 e 24.1 da Constitución Española. En consecuencia, propoñemos ó Pleno a seguinte moción: - O Pleno da Deputación de Pontevedra insta ó Goberno de España á retirada inmediata do proxecto de Lei do Poder Xudicial. - O Pleno da Deputación de Pontevedra insta á Xunta de Galicia a reclamar do Goberno do Estado o mantemento dos partidos xudiciais da provincia de Pontevedra. - Dar traslado do acordo deste Pleno da Deputación de Pontevedra á Xunta de Galicia, ó Ministerio de Xustiza e á Presidencia do Goberno.” 4.6467.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE EN RELACIÓN COA APLICACIÓN DO TIPO XERAL DO IVE ÓS SERVIZOS DE PERRUQUERÍA Sr. Presidente.- Punto número 4. Moción do Grupo Provincial Socialista en relación coa aplicación do tipo xeral de IVE ós servizos de perruquería. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias de novo Presidente. Traemos unha moción, o motivo de presentar esta moción é un pouco que se dirixiron ó noso partido, os profesionais dos sectores das perruquerías, que como vostedes saben son pequenos negocios rexentados por un autónomo, que teñen un ou dous traballadores como moito, e que, a verdade, que é un sector ademais cunha gran maioría de profesionais femininos, é dicir, máis dun oitenta e cinco por cento están rexentados por mulleres. Este sector agrupaba en 2011 a corenta e oito mil salóns e unhas cento vinte mil profesionais traballando nestes salóns. A nadie se lle escapa que a crise económica de 2008 afectou a moitos sectores, entre eles, a estes tamén, ó das peluquerías, e eles foron, para capear un pouco esta situación, foron axustando prezos, mellorando servizos, é dicir, para non perder os seus clientes. Pero, o certo é que, en setembro de 2012, entrou en vigor unha nova medida tributaria que foi o tipo de IVE de aplicación, que pasou dun dez a un vinte e un, dun oito, perdón, a un vinte e un por cento e iso lles fixo, dende logo, que esta importante subida tiveran nuns casos que trasladala ós prezos que lle cobran ós seus clientes e, dende logo, outros que non trasladaron este incremento sufriron tamén perdas importantes e os que o incrementaron, perda de clientes, polo tanto tamén perdas económicas. As cifras xerais son preocupantes, durante o 2013 se cerraron máis de oito mil salóns en España, se perderon máis de vinte mil postos de traballo e, dende logo, ó noso entender o sector da perruquería non só é relevante dentro da vista numérica, que é moito, senón que tamén dende o punto de vista social. Forma parte do tecido empresarial do país, é un sector de pequenos empresarios emprendedores que manteñen aínda hoxe un número importante de empregos, e que ademais, é dos poucos sectores que están rexentados por mulleres na súa práctica totalidade. O que propoñemos a este Pleno da Deputación é a seguinte moción: Punto 1. O Pleno da Deputación de Pontevedra insta ó Goberno do Estado a reconsiderar a aplicación do tipo xeral do IVE do 21% ós servizos de perruquería volvendo á aplicación do tipo reducido do IVE do 10% e dar conta deste acordo ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e á Presidencia do Goberno. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, non sei se hai, por parte do Bloque Nacionalista Galego hai algunha intervención, en principio parece que hai tamén un acordo neste sentido e por iso ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, nós vamos a votar a favor desta moción porque nos parece que estes pequenos autónomos, persoas que, en moitos casos son os propios propietarios, os mesmos que traballan nas perruquerías, ó final, bueno, pois a subida do IVE lle afectou dunha maneira clara. Pero, Sr. Santos Héctor, eu podía aproveitar tamén, loxicamente, para dicirlle por que se tiveron que tomar esas decisións, podía dicirllo, que vostedes non queren que lle falemos das herencias pero, evidentemente, todo isto vén dado por unha situación económica catastrófica que vostedes deixaron, que o Partido Popular tivo que herdar e tivo que tomar unha serie de decisións que esperemos que sexan provisionais para que puidese a nosa economía crecer e se puidese sacar desa situación catastrófica que vostede deixaron. Iso eu creo que sería a mensaxe, loxicamente, real, é dicir, en base a iso o Goberno de España tivo que tomar unhas decisións para reducir o déficit, para intentar controlar a deuda e para que unha serie de cuestións económicas importantes, pois tivesen que tomar esas decisións. Estas decisións non benefician, evidentemente, nin son boas, nin nadie as queremos, pero, coxunturalmente, bueno, pois se teñen que dar, se deron e nós esperamos, como así o anunciou xa no seu momento o Presidente do Goberno, que todo isto se poida reequilibrar e, loxicamente, se poida chegar a un punto intermedio onde as situacións volvan a certa normalidade económica e onde temas como este se poidan corrixir. Polo tanto, vamos a votar a favor, pero este é un voto, tamén, loxicamente, de responsabilidade, é un voto de rigor, un voto que non busca única e exclusivamente dicir que hai que facer as cousas porque hai que facer as cousas, as cousas moitas veces teñen a súa motivación e nesta ten unha motivación moi clara, a situación económica que vostedes nos deixaron. Sr. Presidente.- Bueno, pois, D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Nada, moi breve porque nós, desde o Partido Socialista, estamos asombrados porque a culpa nunca é do que goberna, neste caso o Partido Popular en Galicia e en España. A situación era a que era e agora xa que estamos en eleccións Europeas tamén hai que aproveitar para dicilo, é dicir, a política é a que a Unión Europea, que ten un goberno de dereitas, é a que tamén lle vai impoñendo ós países, non nos esquezamos que foi das que lle dixo vaian subindo vostedes o IVA nisto, nisto, nisto. Aínda estamos agora, estamos agora e o Sr. Montoro di que non o vai a subir, pero que pretenden subir o IVE a máis, a máis cuestións e incluso dos que xa tiñan subida. Eu, creo que debemos asumir a responsabilidade, porque claro, o Sr. Feijoo di que a culpa é de todos os lados, o Sr. Rajoy igual, que a culpa é do cha, cha, cha, e entonces para que están aí, pero, ¿para que están aí?, se eles non poden facer nada nin fan nada, a culpa é de todos os demais, ¿para que están?, ¿para que están?. En todo caso, en todo caso, hoxe coñecemos uns datos preocupantes, a enquisa de poboación activa, as enquisas de poboación activa, que nos din que Galicia é a segunda comunidade que peor comportamento tivo no emprego, increméntase o número de desempregados e en España tamén de forma ostensible. E isto que vimos a propoñer aquí é para que non se siga perdendo emprego, para que non haxa máis desempregados aínda dos que hai no país. Eu creo que é de recoñecer a posición do Partido Popular en canto a apoiar esta iniciativa, a cal saudamos pois positivamente, pero bueno, que hai que deixar clara tamén algunhas destas cuestións, porque ó final a austeridade e os recortes sempre veñen sobre os mesmos, sobre os máis débiles, sobre a clase traballadora, os máis débiles, despois vemos como a outros non se lles sube impostos ou se lles permite todo, e, sen embargo, ós máis débiles se lles recorta por todos os lados, que xa non queda máis que recortar. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Bueno, como non vamos a falar do pasado porque creo que xa todos o coñecen, vamos a proceder polo tanto á votación deste punto número catro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal acorda, por unanimidade, aprobar a moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE en relación coa aplicación do tipo xeral do IVE ós servizos de perruquería. Dita moción é como segue: “As perruquerías son, habitualmente, pequenos negocios formados por un autónomo e un ou dous empregados, estando o 85% deles rexentados por mulleres. Este sector agrupaba en España, no ano 2011, a 48.000 salóns, nos que, de forma directa, traballaban unhas 120.000 persoas. A crise económica, que dende 2008 afecta á economía do noso país, sitúa a esta actividade do sector servizos nun punto de extrema dificultade debido, sobre todo, á baixada da afluencia de clientes e, por tanto, ó menor número de servizos realizados. Como consecuencia desta situación, moitos salóns víronse obrigados nese momento a realizar importantes axustes no seu nivel de prezos e, en consecuencia, nas súas marxes, co fin de frear a importante caída de clientes e intentar, como tantos sectores, seguir co negocio mantendo os postos de traballo. En setembro de 2012 entrou en vigor unha nova medida tributaria, adoptada polo Goberno, consistente en incrementar o IVE a aboar por estes servizos do 8% (vixente ata o 31 de agosto de 2012) ó 21%. A importantísima subida de 13 puntos representou para estes salóns o seu afundimento definitivo. Os motivos son claros: - Os salóns que trasladaron a subida, viron desaparecer gran parte dos seus clientes, que non estaban dispostos a pagar un incremento tan desmesurado nas tarifas de prezos, nunha época onde toda a economía estivo e está a rebaixalos. - Os salóns que non trasladaron a subida, sufriron fortes resultados negativos na súa recadación, véndose obrigados, en moitos casos, ó peche da actividade. Dicir, a efectos aclaratorios, que a marxe media de beneficio dun salón é inferior ó 13%. As cifras xerais son moi preocupantes. Durante 2013 cerráronse máis de 8.000 salóns en España e perdéronse 20.000 postos de traballo. As previsións para o 2014 apuntan a unha nova perda de 5.600 empresas e a outros 14.000 empregos directos. En dous anos, este sector reduciuse nun 28% co conseguinte impacto colateral noutros sectores (empresas de subministración de produtos, aparatoloxía, mobiliario, etc.) Mentres tanto, recentemente (xaneiro 2014), o Goberno anunciou a rebaixa impositiva do 21% ó 10% nas transaccións de obxectos de arte e anticipa unha rebaixa do IVE cultural, como medida para incentivar o seu consumo aludindo a que é moi importante para a economía española. Ó noso entender, o sector da perruquería non só é relevante dende o punto de vista numérico, que o é e moito, senón tamén dende o punto de vista social. Forma parte do tecido empresarial do país, é un sector de pequenos empresarios e emprendedores que manteñen, aínda hoxe, un número importante de empregos e que ademais, é dos poucos sectores que están rexentados por mulleres na súa práctica totalidade. En consecuencia, propoñemos ó Pleno a seguinte moción: 1.- O Pleno da Deputación de Pontevedra insta ó Goberno do Estado a reconsiderar a aplicación do tipo xeral do IVE do 21% ós servizos de perruquería, volvendo á aplicación do tipo reducido do IVE do 10%. 2.- Dar conta deste acordo ó Ministerio de Hacienda e Administracións Públicas e á Presidencia do Goberno.” 5.6468.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BNG EN RELACIÓN Á CONSTRUCIÓN DUN CENTRO CULTURAL NO BARRIO DE COIA (VIGO) Sr. Presidente.- O punto número 5. Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego en relación á construción dun centro cultural no Barrio de Coia en Vigo. Sra. Veloso. Sra. Veloso Ríos.- Moitas grazas. Traemos esta moción aquí dende o Bloque Nacionalista Galego porque esta é unha reclamación dos veciños e veciñas do Barrio de Coia en Vigo, que xa levan facendo moitísimos anos. É unha reclamación que se está facendo dende os anos noventa, de feito xa dende 1990 consérvanse as pedras do antigo Colexio Alemán, que estaba situado no Barrio de Coia, para utilizalas na construción do centro cultural que estaba comprometido xa daquela e que estaban reclamando os veciños e veciñas. No desenvolvemento deste proxecto, da construción do centro cultural para Coia, implicáronse tanto o concello de Vigo como a Deputación de Pontevedra, que dende hai moitos anos tamén manifestou a súa intención e o seu interese en participar na construción deste centro cultural, de feito nos últimos anos vivimos en moitísimas ocasións, o desencontro, mesmo o enfrontamento, entre a deputación de Pontevedra e o concello de Vigo, entre o seu Alcalde e o Presidente da Deputación, e porén, neste caso, parece que si houbo un acordo e mesmo en 2009, logo dunha xuntanza entre o Presidente da Deputación e o Alcalde de Vigo, saíron reafirmando o seu acordo para participar as dúas administracións na construción deste centro cultural. Posteriormente en 2011 chegouse mesmo á sinatura dunha proposta de convenio entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Vigo, que foi asinada, ademais, diante dunha asemblea de veciños e veciñas do Barrio de Coia, e que foi asinada polo representante do Movemento Cidadán “O noso Barrio”, Emilio Suárez, e no nome do Alcalde Abel Caballero asinou o Delegado da Área de Urbanismo daquela, José Manuel Mariño, e no nome do Presidente da Deputación de Pontevedra asinou o Vicepresidente da Deputación José Manuel Figueroa. Nesta proposta de convenio cada unha das administracións adquiría unha serie de compromisos e, dende entón, nunca máis se soubo sobre este proxecto de construción do Centro Cultural de Coia. Estaba recollido que este centro cultural fose obxecto dun proxecto, que se desenvolveu co acordo, ademais co consenso dos veciños e das veciñas, e se establecía ademais un prazo para a licitación da reconstrución do edificio, denominado Colexio Alemán, e un prazo, mesmo, para rematar a obra. Recóllese na cláusula cuarta deste convenio que a obra remataría antes do 31 de agosto de 2012, porén, estamos xa practicamente en maio de 2014, as obras non se iniciaron e nin sequera está recollido nos orzamentos unha partida para construír este centro cultual. O BNG ante a demanda dos veciños e veciñas de Coia presentou unha pregunta no Pleno do concello de Vigo sobre as razóns do retraso da construción desde centro cultural, e o goberno local manifestou que tódolos compromisos adquiridos polo concello de Vigo, nesta proposta do convenio, estaban cumpridos por parte do concello e que faltaba o cumprimento por parte da Deputación. Por iso hoxe traemos esta moción á Deputación de Pontevedra instando ó goberno provincial a asumir o compromiso adquirido fronte ós veciños e veciñas do Barrio de Coia e iniciar os trámites necesarios para a construción deste centro cultural no prazo de tempo máis breve posible. Entendendo que hai un acordo dende hai anos, estamos falando de anos, para a construción deste centro cultural coa colaboración das dúas administracións, esperamos, nos gustaría que hoxe esta moción fose aprobada por unanimidade e que o centro cultural de Coia sexa unha realidade o antes posible. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, este é un tema vello, un tema que nesta Deputación de Pontevedra tivo tres anos consignados en presupostos un millón e medio de euros, case dous millóns. Que non se puido levar a cabo a obra, e é certo que houbo un compromiso desta Deputación, que non se puido levar a obra porque faltaban todos os permisos. Houbo que facer unha modificación do Plan Xeral, esa modificación do Plan Xeral se retrasou, a modificación é recente, eu creo que, Sra. Veloso, para que vostede sexa rigurosa debería de pór cando se fixo a modificación do Plan Xeral, porque, loxicamente, aí non está reflexado no seu argumento. Porque esa é a base, foi a base de todo o retraso, foi a base de que, incluso os propios veciños superan claramente que non se podía levar a obra, e agora hai un problema, engadido, que, seguramente vostede non coñece, eu si coñezo, que me parece que hai algunha situación anómala co material, coas pedras, que parece que non están na súa totalidade, parece ser que o proxecto tampouco cabe na propia parcela, son cuestións que, bueno, eu preguntei na Xerencia de Urbanismo, agora mesmo non llos podo dar con total detalle, pero si llos darei, porque volverei a preguntar, e nos parece que esta é unha cuestión que a Deputación non ten culpa absolutamente de nada, se hai un proxecto onde nós quixéramos investir, no seu momento, cando a situación económica era a que era, bueno, pois, vostede vai ós presupostos da Deputación e se dará conta que hai tres anualidades onde está incluído, e ademais con partida nominativa, e a partir de aí, bueno, pois eu supoño que haberá que retomar ese tema. Pero, tamén é certo que haberá que analizar con calma o proxecto, mirar se a modificación puntual do Plan Xeral se adapta, e, se o proxecto cabe na parcela, porque me dá a impresión, é unha impresión que teño, que ese proxecto tal cal está agora mesmo deseñado, non cabe na parcela que no Plan Xeral fixeron a modificación. Pero bueno, estudarémolo, nós vamos a votarlle a favor porque esa sempre foi a intención e, polo tanto, a partir de aí estudaremos como está a situación. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, nós tamén vamos apoiar esta moción, aínda que, a estas alturas ó mellor a inversión que se fora facer aí teríamos mellores propostas que levantar esa edificación, que é nun parque, no Parque de A Bouza, que alí van a ir, nese parque a construción dunhas edificacións de vivendas e os veciños reclamaron que aquilo non fora así, houbo que indemnizar á empresa que tiña aquelas parcelas, porque se permutaran por outras, en tempos anteriores, é dicir, xa, desde logo, nós non estábamos no goberno, pero que se fixo así, se fixo legalmente, é dicir, que ninguén pense que se fixo ilegalmente iso. E, cando chegou o momento de encaixar o Colexio Alemán na parcela para a que estaba destinada non cabía, non cabía, e houbo que facer a modificación do Plan Xeral, efectivamente, primeiro, para eliminar as edificacións de vivendas e para encaixar o Colexio Alemán; eu creo que debe de estar, creo, tampouco podo afirmalo con rotundidade, pero, creo que debe de estar ese trámite feito, é cuestión de que hai que velo, pero, en todo caso, tamén, con todo o respecto ás reivindicacións destes veciños, e de que a construción é nun parque que os propios veciños reclamaban que non houbera ningunha edificación aí, no Parque da Bouza. En todo caso, nós vamos a votar a favor, pero, que se sepa que esta é a situación, e que ó mellor, tamén quero deixalo claro, de que ó mellor chegado este momento a inversión que se fora a facer aí, vista a situación de crise económica, ó mellor a destinaríamos a outras cuestións que tamén andan a reclamar os veciños de Coia, pois, como a atención ás persoas con máis carencias económicas ou de vivenda, ou de alimentos ou tal, pero iso é outra cuestión. Isto é o que nos ocupa e nós vamos a votar a favor, como non podía ser de outra maneira, pois, desta moción. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias e, polo tanto, como hai unanimidade neste tema, creo que quedou perfectamente claro cal era a intención, desde o primeiro momento, da Deputación, pois, vamos a votar esta moción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cultura acorda, por unanimidade, aprobar a moción do Grupo Provincial do BNG en relación coa construción dun Centro Cultural no Barrio de Coia (Vigo). Dita moción é como segue: “En Coia, en Vigo, os veciños e veciñas levan moitos anos reclamando a construción dun centro cultural no que desenvolver as actividades do importante movemento asociativo do barrio e que se converta en punto de encontro da cidadanía. Desde 1990 consérvanse as pedras do antigo Colexio Alemán para materializar un proxecto que ofrecería ó barrio o tan demandado e necesario centro cultural. Implicáronse no desenvolvemento deste proxecto o concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra ata o punto de que no constante enfrontamento entre estas dúas administracións, a construción do centro cultural de Coia foi o único acordo ó que chegaron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, na xuntanza que mantiveron en abril de 2009. Este acordo deu lugar á sinatura dun protocolo de convenio entre as dúas administracións en maio de 2011, asinado polo concelleiro de Urbanismo, José Manuel Mariño Mendoza, e polo vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa Vila, perante unha asemblea de veciños e veciñas de Coia, no que o concello de Vigo comprométese á cesión á Deputación do dominio da parcela e dos elementos construtivos do “Colexio Alemán” e á aprobación do proxecto mentres que a Deputación asume a construción do edificio, comprometéndose a rematar a obra antes do 31 de agosto de 2012. O certo é que a día de hoxe as obras nin sequera comezaron. O grupo municipal do BNG no concello de Vigo presentou unha pregunta no pleno ordinario do mes de marzo sobre as razóns para que non se construíse aínda este centro cultural e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor Rodríguez Díaz, respondeu que os compromisos adquiridos polo concello de Vigo foran plenamente asumidos e que só faltaba que a Deputación de Pontevedra fixese o propio. Por iso, pídeselle ó Pleno da Corporación provincial a adopción do seguinte ACORDO Asumir o compromiso adquirido fronte ós veciños e veciñas do barrio de Coia, en Vigo, e iniciar todos os trámites necesarios para a construción do centro cultural no prazo de tempo máis breve posible.” 6.6469.- CORRECCIÓN DE ERROS NAS BASES DE APLICACIÓN DE RETRIBUCIÓNS DO ORZAMENTO PROVINCIAL 2014 Sr. Presidente.- O punto número 6. Corrección de erros nas bases de aplicación de retribucións do orzamento provincial 2014. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Por acordo adoptado no Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o 29 de novembro do 2013 aprobouse o orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2014, cadro de persoal e relacións de postos de traballo, así como as Bases de aplicación de retribucións. Na Base sétima de aplicación de retribucións do ano 2014 introduciuse unha nova regulación con respecto á estrutura salarial dos contratos en prácticas, a cal foi calculada en función do grupo de titulación e tomando como referencia as retribucións básicas do persoal funcionario, segundo se detalla no seguinte cadro: GRUPO SOLDO P.EXTRA Salario Bruto/mes Tipo para CNAE Cota patronal Custe total mes A1 665,43 68,44 733,87 31,55% 231,53 965,40 A2 575,39 69,94 645,33 31,55% 203,60 848,93 C1 432,01 62,23 494,24 31,55% 155,93 650,18 C2 359,55 59,38 418,93 31,55% 132,17 551,10 Nalgúns casos ditas retribucións resultan inferiores á base mínima de cotización establecida por grupo de cotización. Como consecuencia, considerando que a base sexta regula as retribucións de todo o persoal laboral temporal, deberíanse aplicar as cantidades establecidas nesta base ós contratos en prácticas, que serán conforme á normativa reguladora desta modalidade contractual do 60% o primeiro ano e do 75% o segundo, tomando como referencia as retribucións correspondentes ós postos base por grupo de titulación e nivel de complemento de destino: POSTO BASE GRUPO C. DESTINO Técnico Superior A1 24 Técnico Medio A2 22 Técnico Auxiliar, Administrativo, FP-II C1 20 Auxiliar Administrativo C2 16 Oficial C2 16 Polo exposto, ó abeiro do establecido no artigo 105.2 da Lei 30/92, do 26 de novembro, en exercicio das competencias previstas no artigo 33.1 c) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda, por unanimidade, o seguinte: Rectificar as Bases de aplicación de retribucións do Orzamento provincial para o ano 2014, no senso de suprimir a base sexta relativa ás retribucións dos contratos en prácticas, aplicándose a contía que corresponda segundo o previsto na base sexta para o persoal laboral temporal e nas porcentaxes mínimas previstas para este tipo de contrato. Esta modificación non afecta ó montante total consignado no orzamento provincial para este tipo de contratos, por canto que a duración inicial fíxose por un período dun ano e a través desta modificación queda reducida a oito meses. b) Parte de información e control: 7.6470.- INFORME DE CUMPRIMENTO DE PRAZOS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E AS ENTIDADES LOCAIS ESCOLA DE ENFERMERÍA E CONSORCIO DE BOMBEIROS, DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2014, EN RELACIÓN Ó DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sr. Presidente.- O punto número 7. Informe de cumprimento dos prazos da Deputación, creo que está a carpeta no expediente, se hai algunha intervención ben, como non hai que, é só dar conta. O Xefe do Servizo de Contabilidade elaborou sendos informes nos que figuran o conforme de Tesourería e Intervención en relación co cumprimento por parte da Deputación de Pontevedra e as Entidades Locais Escola de Enfermería e Consorcio de Bombeiros durante o primeiro trimestre do ano 2014, dos prazos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Os detalles máis relevantes dos informes en canto ó cumprimento dos prazos de pago previstos son os seguintes: 1. Con referencia á data de rexistro da factura Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio de pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe total Deputación de Pontevedra 20 18 3.464 7.268.174,05 € 125 510.084,71 € Escola de Enfermería 11 0 4 2.508,85 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 21 0 6 660.622,55 € 0 0,00 € Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio pendente pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operacións Importe total Nº operacións Importe total Deputación de Pontevedra 20 87 324 765.401,15 € 16 123.644,20 € Escola de Enfermería 28 0 2 1.931,04 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € 2. Con referencia á data da factura Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe total Deputación de Pontevedra 37 22 2.088 3.835.358,22 € 1.501 3.942.900,54 € Escola de Enfermería 16 0 4 2.508,85 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 24 0 6 660.622,55 € 0 0,00 € Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio pendente pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operac. Importe total Nº operac. Importe total Deputación de Pontevedra 39 67 268 480.445,89 € 84 413.269,63 € Escola de Enfermería 31 31 1 143,63 € 1 1.787,41 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € 3. Intereses de demora pagados Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación de Pontevedra 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 0 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00 € O Pleno queda enterado do contido dos informes sobre cumprimento de prazos pola Deputación Provincial de Pontevedra e as Entidades Locais Escola de Enfermería e Consorcio de Bombeiros, durante o primeiro trimestre de 2014, en relación ó disposto na Lei 15/2010, de modificación da Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 8.6471.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Punto número 8. Dar conta tamén das Resolucións Presidenciais, por parte do Secretario. Sr. Secretario.- Los extractos dictados entre el 25 de marzo y el 24 de abril de Resoluciones Presidenciales; y luego, una Resolución Presidencial delegando las atribuciones de la Presidencia en el Vicepresidente de la Diputación, Sr. Figueroa, durante los días 14 al 16 de abril. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 25 de marzo e 24 de abril do ano 2014 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial, de data 11 de abril de 2014, delegando as atribucións da Presidencia, os días 14 ó 16 de abril, no Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. 9.6472.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.-Agora Rogos e Preguntas. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Nestas últimas Comisións Informativas deuse conta de arranxos, de limpeza de distintas rúas, carreteras, que dependen da Deputación de Pontevedra. Nós queremos que iso sexa ampliado e temos unha proposta que vamos a facerlle chegar, porque dado que como moción non entrou en prazo, pero onde queremos que se inclúan outras, ademais das que aparecen, pois como en Salvaterra a 4101, ou en Ponteareas ás Neves a 4006, no concello de Ponte Caldelas, etc., é dicir, as vamos facer chegar tamén para que sexan obxecto desa limpeza e tamén de bacheado, que o inverno foi duro e polo tanto lla faremos chegar para que teñan en conta e, en todo caso tratar en … Sr. Presidente.- En principio, xa lle digo que digo que non vai haber ningún problema. Algunha desas que comentaba agora, probablemente estea prevista xa noutro plan a súa mellora integral, ó mellor, e se non coincide pois intentaremos, na medida do posible ampliar iso. Está previsto tamén un Plan de Saneamento das zonas con blandóns que hai en algunhas zonas da Provincia de Pontevedra para toda a provincia, ou sexa que, iso é o que me informaron desde o Servizo de Infraestruturas, pero, en todo caso, recibimos iso e as que poidamos incluír non habería, como digo, maior problema neste momento. Sr. Rodríguez Díaz.- Teño unhas cuantas. Esta a tiñamos que facer o mes pasado e é ¿por que se excluíu ó concello de Pontevedra e ó concello de Silleda do listado de cidades que podían contar con bolseiros de turismo?. Habitualmente viñan contando con dous Pontevedra, e un pouco ¿cales foron os criterios para a selección das localidades que terán bolseiros e cales son?. Sr. Presidente.- Vale, vale, pois llo diremos, porque iso é un plan que está previsto. Sr. Rodríguez Díaz.- E temos, A Cañiza de novo, que na parroquia de Achas, alí os veciños seguen a queixarse e a pregunta é ¿se se prevé algunha modificación do proxecto orixinal e se se falou xa cos veciños?. Sr. Presidente.- Eu recibín ese escrito aí onde hai varias decenas persoas que firmaron, segue insistindo desde o departamento de Infraestruturas que esa é unha actuación lóxica e necesaria, demandada desde hai moitos anos, vamos a investir cerca dun millón de euros, entre expropiacións, inversión, etc., e que levan pedindo toda a vida e que agora, bueno, pois poida crear algo de polémica en relación a un afectado, me parece que é o que, dalgunha maneira demanda unha modificación de trazado que non é posible levar a cabo, porque o incremento sería cinco veces superior ó establecido e, á parte que afectaría a un tramo que está afectado por unha cuestión de Patrimonio. Eu, nós, xa viu que houbo disposición por parte da Deputación, total, para intentar consensuar, etc., pero é que non, desde o punto de vista de ámbito municipal, que son os que coñecen mellor a realidade, desde o punto de vista do departamento de Infraestruturas e técnico desta casa, din que esta é a mellor alternativa, agora, eu non sei, iremos vendo, unha vez que, agora vai a saír a licitación pública, e iremos vendo a ver que é o que facemos con iso. Pero, en todo caso, non creo que haxa moitas variacións ó respecto polo que lle acabo de comentar. Sr. Rodríguez Díaz.- E unha última, que é unha pregunta e un rogo ó mesmo tempo, que é, recentemente o Secretario de Estado e Medio Ambiente, o Sr. Ramos de Armas, a unha pregunta que lle facían respecto ás depuradoras, ás minidepuradoras de Ourense, fixo referencia á que a Deputación de Pontevedra era xefe de fila dun proxecto, DEPUTRANS, e neste senso de que se lle había feito unha visita pola Dirección Xeral de Fondos Comunitarios a esta Deputación para interesarse por estas minicentrales aquí na provincia. A pregunta é, ¿se xa está rematada esa visita?, ¿se hai algún informe?, en todo caso, os seus resultados. E o rogo é de que nos din distintos alcaldes e alcaldesas desta provincia, onde están instaladas, que o mantemento que é carísimo, en torno a 4.000€, pero, sobre todo, o consumo enerxético, que ademais co novo incremento que se vai da man; e, falan de que hoxe mesmo xa hai tecnoloxías máis avanzadas que se poderían utilizar nestas centrais, é dicir, non substituílas senón aplicar tecnoloxías que farían abaratar moito o custe de mantemento e de consumo enerxético. A pregunta é, ¿se se está a traballar, se están a ver estas posibilidades?. Sr. Presidente.- Bueno, dicir que si é certo que foi, a verdade, cunha tecnoloxía que eliminou os residuos, eliminou vertidos, etc., e que está funcionando, como sabemos, sempre, de vez en cando hai tamén un pouco de abandono por parte do ámbito municipal, porque son varias as que teñen, nalgúns concellos, sobre todo da franxa sur da provincia de Pontevedra, que afectan ó Río Miño; e, en todo caso, en relación a esas novas tecnoloxías que se poderían implantar, me refiro tecnoloxías no ámbito de aforro enerxético, algunhas se lle están colocando placas solares, para que poidan funcionar, evidentemente, cun custe bastante menor e noutros se está estudando, evidentemente, algunhas derivadas que permitan a redución dese custe de enerxía, que é un custe, evidentemente, alto, por iso tampouco non teñen residuos, etc., que é o que nos informan e hai un departamento desta casa, con dous enxeñeiros, precisamente, que está traballando nese asunto. Eu espero que poidamos, como digo, ante as corenta ou corenta e tantas que debe haber colocadas no sur da provincia de Pontevedra, pois darlle tamén esa posibilidade de que poidan ter para os concellos un aforro e non que non sexa un gasto, como está sendo agora, gasto vai a ser sempre, pero que sexa moito menor do que agora poidan estar soportando os distintos concellos da provincia de Pontevedra. Bueno, pois non habendo máis asuntos, levántase a sesión. Moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)