ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2014/03/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.829/2.2014-03-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2014/03/28_Ordinaria

  • Data(s) 2014-03-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 28 de marzo do 2014 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as nove horas do día vinte e oito de marzo do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez, Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten as Sras/es Deputadas/os Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP) nin Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bueno, vamos a dar comezo ó Pleno da Corporación Provincial, non, sen antes, reiterar o agradecemento a todos os membros da Corporación por acceder a poder adiantar a celebración deste Pleno, que habitualmente ten un horario distinto e que en todo caso aproveito tamén para, en nome de, quero así testimonialo, creo que en nome de toda a Corporación, trasladar o máis sentido pésame á familia Rajoy Brey pola perda, neste caso, dun irmán, especialmente ó Presidente do Goberno porque, bueno, pois ante unha situación difícil vivida nos últimos días, especialmente no día de onte e no día de hoxe, pois trasladamos o noso pésame a toda a familia, neste caso en nome de toda a Corporación Provincial. E, bueno, vamos a iniciar a Orde do Día establecida. Aberta a sesión, faise constar en acta o agradecemento ós grupos políticos do PSdeG-PSOE e do BNG por permitir adiantar a hora de celebración desta sesión plenaria. Así mesmo, en nome da Corporación Provincial, acórdase trasladar o máis sentido pésame a toda a familia Rajoy Brey, en particular ó Presidente do Goberno, Don Mariano Rajoy Brey, polo pasamento do seu irmán. 1.6453.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto número 1. Aprobación do borrador da acta anterior sesión, ordinaria, do día 28 de febreiro de 2014. En principio, apróbase. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de febreiro de 2014. a) Parte resolutiva: 2.6454.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE RIBADUMIA NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE COLABORACIÓN NA TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES SANCIONADORES EN MATERIA DE TRÁFICO E O EXERCICIO DIRECTO DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN PERÍODO VOLUNTARIO E EXECUTIVO DAS DÉBEDAS CORRESPONDENTES A SANCIÓNS POR INFRACCIÓNS Á NORMATIVA XERAL REGULADORA DE TRÁFICO, CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS A MOTOR E SEGURIDADE VIARIA E ÁS ORDENANZAS MUNICIPAIS DE CIRCULACIÓN DO CONCELLO Sr. Presidente.- Punto número 2. Delegación do concello de Ribadumia na Deputación de Pontevedra das facultades de colaboración na tramitación de expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infraccións á normativa xeral reguladora de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria e ás Ordenanzas Municipales de Circulación do concello. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Ribadumia en sesión celebrada o día 3 de novembro de 2011 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria e ás ordenanzas municipais de circulación. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación do concello de Ribadumia na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridades viaria e ás ordenanzas municipais de circulación. 2.- A delegación sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 03/05/2013, á Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, á normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3.- Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación Provincial. O concello deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, á posesión ou carencia de bens e ó exercicio ou non de actividades; poñer á disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición do concello os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. 4.- Facultar ó Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. 5.- Esta delegación do concello de Ribadumia publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. 3.6455.- RECTIFICACIÓN ANUAL DO INVENTARIO XERAL DE BENS E DEREITOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NO EXERCICIO 2013 Sr. Presidente.- Punto número 3. Rectificación anual do Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Deputación de Pontevedra no exercicio 2013. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o 3 de maio de 2013 aprobou a rectificación anual do Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Deputación de Pontevedra con efectos 31-12-2012 por un importe global de 237.412.671,45 €. Resultando que durante o ano 2013 producíronse unha serie de variacións en ditos bens e dereitos tal e como consta no informe do servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio de data 19-03-14 no que resume a información facilitada polos diferentes servizos e centros xestores da Deputación sobre as altas, baixas e modificacións producidas nos bens e dereitos das súas respectivas competencias. Considerando o establecido no artigo 33 do RD 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais (en adiante RBEL) que determina que a rectificación do Inventario de bens das entidades locais debe verificarse anualmente e nel reflectiranse as vicisitudes de toda índole sufridas polo conxunto de bens e dereitos durante dito período. Vistos os informes de Secretaría e Intervención de datas 19-03-14 e 20-03-14 respectivamente. Considerando que a aprobación da rectificación anual do Inventario corresponde ó Pleno da Corporación Local, de conformidade co previsto no artigo 34 do RBEL. Considerando que o artigo 32.1 do RBEL establece que, unha vez se aprobe a rectificación anual do Inventario remitirase copia á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma. Considerando que segundo o establecido no artigo 36 da Lei 33/2203, de Patrimonio das Administracións Públicas, o previsto no artigo 85 do Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, así como o artigo 36 do RBEL, as corporacións locais deben inscribir no Rexistro da Propiedade os seus bens inmobles e dereitos reais de acordo co previsto na lexislación hipotecaria, sendo título suficiente para tal efecto a certificación que, con relación ó Inventario aprobado, expida o Secretario coa conformidade do Presidente. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: Primeiro: aprobar a rectificación anual do Inventario de Bens e Dereitos da Deputación de Pontevedra do exercicio 2013 cunha valoración das altas producidas en dito período por importe de 12.352.493,11 €, unha valoración das baixas producidas en dito período por importe de 901.683,72 €, e unha valoración do Inventario a data 31 de decembro de 2013 por importe total de 248.863.480,84 €, de acordo co seguinte detalle: Segundo: remitir o expediente á Comunidade Autónoma de Galicia e á Subdelegación do Goberno para os efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 32.1 do RD 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. Terceiro: proceder á inscrición no Rexistro da Propiedade dos bens e dereitos que non estean inscritos de acordo co previsto no artigo 36 do RBEL, para o que se remitirá ó Rexistro unha certificación do Secretario en relación co Inventario aprobado. 4.6456.- MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO 1/2014 Sr. Presidente.- Punto número 4. Modificación do Orzamento, neste caso é a primeira modificación do Orzamento 1/2014. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, bos días a todos e a todas. Hoxe traemos un expediente de modificación orzamentario, o primeiro deste ano, onde se contempla un crédito extraordinario por un importe de tres millóns trescentos trinta mil euros, onde van unha serie de partidas que son prioritarias para levar a cabo nos próximos meses, como pode ser a remodelación e reparación de, neste caso, dunha figura emblemática que é a Virxe da Roca no concello de Baiona, que é un atractivo turístico importante; para instalacións técnicas dous millóns de euros; de investimentos, cun convenio que se vai a facer co concello de Baiona e Paradores tamén, para mellorar todo o acceso dunha zona moi transitable, peonil no seu entorno; despois temos tamén para unha serie de viais, de rotondas, neste caso nalgúns concellos; adquisición tamén de terreos para os Pendellos de Agolada, e tamén investimentos na edificación e mellora dos Pendellos de Agolada, que bueno, tamén é un atractivo, eu creo que patrimonial, cultural e turístico da nosa provincia; e tamén, para a ampliación da UNED, unha partida de sesenta mil euros; para investimentos en Bens Inmateriais nos arquivos, dixitais, de cincuenta e dous mil euros; e tamén para uns traballos para captar fondos europeos coa Fundación Finnovaregio por un importe de dezasete mil euros. Despois temos tamén un suplemento de crédito por un importe dun millón douscentos trinta e sete mil euros, onde tamén hai unha partida para recuperación de Patrimonio Monumental de toda a provincia en xeral, e, tamén temos para edificación e construción de viveiros de empresas en Barro cun financiamento de douscentos mil euros. Esta parte suma un millón douscentos trinta e sete mil e a cantidade total, pois, significarían catro millóns quinientos setenta mil euros, catro millóns quinientos setenta mil euros entre os dous suplementos, o de crédito e o suplemento segundo, tamén, que traemos a Pleno para a aprobación. Isto vai contra remanentes de tesourería de un millón douscentos trinta e sete mil euros, e outra partida de remanentes tamén de tesourería por un importe de tres millóns trescentos mil euros. Isto é o que traemos como modificación de crédito para aprobar no Pleno desta Corporación. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sr. Presidente, bos días a todos e a todas. Ben, estamos ante a primeira modificación, cando menos que necesite vir ó Pleno, do orzamento deste ano, o mecanismo é normal o que está contemplado o que hai que facer, pero en canto ós contidos da modificación, pois, a maioría son asuntos francamente, como podíamos expresalo sen, con precisión, vamos, en certo modo é que non hai máis remedio ou que son asuntos que veñen con dificultades, con deficiencias ou con rabos, ¿non?, de atrás. Explícome, o Sr. Figueroa saltouse a partida máis gorda, curiosamente, non fixo ningunha referencia, de catro millóns quinientos setenta, dous millóns van para instalacións técnicas que é un eufemismo para dicir, dous millóns a meter nas Pousadas e para viabilizar a posibilidade de que algunha empresa queira xestionalas. A min me parece unha cantidade excesiva visto xa todo o que levamos, todo o que levamos gastado. A seguinte partida en orde de importancia, que é a transferencia da Xunta de Galicia, volve a ser unha cuestión doutra índole pero tamén así moi forzada, ou sexa, hai un programa con fondos europeos que a Xunta está mandando ós concellos para a mellora de infraestruturas no medio rural, e que cada concello elixe en que o fai, todos os concellos da provincia, e normalmente son camiños rurais, ou, ou similares. Bueno, pois ata agora estaba, digamos son fondos europeos, a maioría ponos a Unión Europea e a parte de cofinanciamento estábao poñendo a Xunta, polo que se ve, e neste caso teno que poñer a Deputación, non sabemos se é porque a Xunta non ten ganas, ou non quere poñelo cando quen o xestiona é a Xunta e demais, ¿non?. E despois temos tamén outra, aínda que non é a de maior magnitude, que é o da UNED, que tamén tivemos un convenio, ¿non?, tripartito entre a UNED, a Deputación e o concello de Pontevedra, para facer un salón de actos, adxudicouse a obra e agora, pois topámonos que a obra se vai a máis do que estaba previsto e, polo tanto, hai que aportar máis fondos, ¿non?. Non é unha modificación de crédito brillante, non é para nada, digamos, que supoña un impulso ou a realización de novas actuacións, simplemente é, unha inmensa maioría, é para tapar faltas ou ir resolvendo problemas que non están ben resoltos, uns por outras administracións como é o da, os camiños de titularidade municipal da Xunta, ¿non?, esa liña da Xunta, ou, outras da UNED e outras da propia casa como son as Pousadas. Ben, isto é a realidade desta modificación, a nós gustaríanos, non apoiamos o orzamento nin participamos na xestión económica nesta casa pero, tamén, gustaríanos que as modificacións de créditos que veñan pois teñan algo máis de sustancia, no sentido de que sexan novas actuacións, con novas, digamos, solucións e non ter que gastar cartos en problemas que debían estar resoltos e que seguen aí dando voltas. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, bo día, gracias Presidente. O noso Grupo Provincial Socialista tamén se suma ás condolencias á familia de Rajoy Brey; e, tamén queremos darlle os parabéns ó portavoz do Partido Popular polo seu recente cambio de estado civil, aínda que o levou con secreto pero ó final todo se sabe. Bueno, indo ó punto catro que é o que nos trae hoxe aquí, vemos que algo que xa en anteriores Plenos viñamos poñendo de manifesto, que é que o presuposto que aprobamos aquí, ó final non é o presuposto co que se goberna senón que é un presuposto de cara á galería e, a continuación, pois vamos con modificacións de crédito, a modificacións de crédito, e xa empezamos neste ano en marzo, é dicir, xa no terceiro mes xa estamos coa modificación de créditos. Polo tanto, cremos que debe requirir unha explicación máis profunda, dende logo, para poder contar co noso voto favorable. Non parece, eu teño que insistir, temos que insistir que cando menos non é moi habitual que en tan pouco espazo de tempo teñamos que facer unha modificación do orzamento, sobre todo cando estamos a comprobar nos primeiros datos que se sacan da conta xeral, o pouco grado de execución do orzamento de dous mil trece, cuestión que xa tamén dixemos, por activa e por pasiva neste Pleno. Ese baixo grado de execución ten moitas derivadas, de que rebaixamos o teito de gasto e que ademais, dende logo, tendo, como neste ano, cen millóns de euros de remanentes para incorporar ó orzamento de dous mil catorce, pois é porque non se fixeron ben as cousas nos anteriores orzamentos, non se executou, en definitiva, o previsto cando se aproban os presupostos e, dende logo, nos preocupan partidas moi concretas, que son as adicadas a gasto social. Que vemos que nos presupostos en orixe contan con importantes partidas pero despois cando se pecha o exercicio non teñen ese grado de execución, que sempre é moi necesario pero que nos tempos que corren, dende logo, é máis que necesario. Miren, unha organización como Cáritas vén de facer público uns datos e, dende logo, non é entidade sospeitosa de ser de esquerdas nin moito menos, de que somos o segundo país en pobreza infantil detrás de Rumanía. Por iso, nós, cando vemos estas modificacións de crédito lle insistimos que para contar co noso voto favorable debe ter unha explicación, que polo menos estes fondos vaian adicados a isto, a atender ás persoas que máis o necesitan agora mesmo, tanto para xerar economía e emprego, pero tamén para atender as emerxencias diarias e, dende logo, vemos que no presuposto non se executa e na modificación de crédito tampouco aparece. Polo tanto, lle pedimos Sr. Presidente, Sr. Louzán, que se invista o diñeiro previsto, porque os veciños e veciñas desta provincia, dende logo, viven de algo máis que da Volta Ciclista a España e tamén dos campos de herba artificial, polo tanto, queremos que neste senso, xa estamos iniciando o ano cunha modificación que, dende logo, non tiña porque ser así e que tiña que estar executándose os presupostos tal e como se plantearon en todas e cada unha das súas partidas. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, para rematar, moi breve. Vamos a ver, esta modificación de crédito si que contén cuestións de fondo e cuestións importantes para a nosa provincia. Eu creo que esta Institución si que dá un exemplo de como axudar ós colectivos sociais, culturais e deportivos. Eu estou totalmente convencido que si facemos unha comparativa con calquera Deputación de España, en ratios e en porcentaxe, eu creo que esta Deputación está nos primeiros lugares de axuda ós aspectos sociais, culturais e deportivos, sen lugar a ningunha dúbida, pero non só en proxectos senón tamén en contido, pero, sobre todo, dunha maneira especial, na aportación económica que se fan a todos eses proxectos. Eu creo que esta casa se caracteriza por unha cuestión clara ó apoio, ó movemento social, ó movemento cultural, ó movemento deportivo, dunha maneira especial; pero, é certo que, a maiores destas cuestións que para nós son fundamentais, creo que hai aspectos que vostede non contempla dentro do aspecto social, este ano se destinaron vinte millóns de euros para plans de emprego, vinte millóns de euros para plans de emprego, que deu, aproximadamente, traballo a máis de tres mil quinientas persoas. Esa é esta Institución, a Deputación, a Deputación de Pontevedra destina case vinte ou máis de vinte millóns de euros para, aproximadamente, máis de tres mil quinientas persoas e, ademais, con programas novedosos que ata agora non se estaban implementando. Polo tanto, eu creo que tamén teñen que recoñecer ese traballo, desa incorporación desa xente que termina a titulación, a carreira, e non é capaz de colocarse, pois aquí se colocaron persoas que teñen o seu primeiro traballo e que están tendo uns ingresos razoables, evidentemente, e que a maiores están adquirindo unha experiencia, como a súa primeira experiencia laboral. Polo tanto, eu creo que a nivel de emprego, e a nivel de apoio social, cultural e deportivo non hai ningunha, estou totalmente convencido, institución, Deputación, e incluso me atrevería a dicir que concello, que puidese destinar tanto diñeiro a estes apartados. A maiores, hoxe se traen aquí unha serie de cuestións para rematar proxectos tamén importantes, porque claro, vostedes quédanse, seguramente, no contido dun presuposto dunha Deputación, pero esta Deputación en proxectos europeos, é líder, é líder en conseguir aportacións económicas para proxectos, e creo que podemos facer si queren un día un debate, pero estamos falando de cantidades importantes, de cantidades que foron traballadas con proxectos europeos que viñeron, proxectos europeos que teñen unha asignación presupostaria, que tamén é certo que hai que pór unha aportación, unha porcentaxe de aportación por parte desta Deputación, e dentro deses proxectos europeos hai un estrela, hai un proxecto estrela que é as Pousadas, e das cales nos sentimos moi orgullosos, evidentemente, estamos nun momento de crise, complicado, pero non íamos a tirar co diñeiro que nos daba unha institución a nivel nacional a través deses fondos. E, ademais, se dá a curiosidade que a consecución deses fondos foron cando vostedes gobernaron en Madrid, é dicir, esas son as circunstancias da vida, nós, hai unhas bases, se presentan unha serie de proxectos, nós consideramos que ese era un proxecto que podía ser rentable e que podía ser beneficioso para a nosa provincia, porque nós entendemos que nesta provincia un dos sectores básicos é o turismo, non o entende nadie, pero si esta Deputación, si que o entende e o Presidente o ten moi claro, un dos sectores básicos, á parte do naval e á parte da automoción, que sempre falamos deles, á parte da pesca, e á parte doutros sectores, hai un sector que é fundamental que é o sector turístico, e o sector turístico para nós é o futuro, seguramente, do que poida ser a actividade na nosa provincia. E, polo tanto, ese proxecto se acadou, pois, a través dun goberno en Madrid do Partido Socialista, que foi o que lle deu o visto bo e nós, evidentemente, non íamos a rexeitar esa oportunidade. Isto ¿que fixo?, que ese proxecto que naceu inicialmente cunhas cantidades se foi mellorando, se foi mellorando porque nós entendíamos que ese proxecto é un proxecto estrela, é un proxecto para o futuro da provincia de Pontevedra. Xa verán vostedes como se marcará un antes e un despois con estes proxectos. Eu me acordo, perfectamente, cando hai anos se falaba das casas de turismo rural e todo o mundo botaba as mans á cabeza e dicían, ¿para que é isto?, bueno, pois as casas de turismo rural, están xogando e xogaron un papel fundamental no turismo da provincia de Pontevedra, polo menos no que é o sector das Rías Baixas, e están aí, máis de trescentas casas de turismo de rural que están funcionando diariamente, coas dificultades que poden ter como calquera hotel, pero é unha instalación singular, que a xente cando vén de fóra a valoran moi positivamente. Non é que sexa un turismo masivo pero, evidentemente, é un turismo selectivo e iso é o que pretendemos, que Rías Baixas sexa un destino de calidade, e para ese destino de calidade, temos unha planta hoteleira fantástica, temos unha restauración magnífica, temos unha materia prima fenomenal, e agora temos a oportunidade de ter unhas instalacións singulares, singulares ademais, cunha característica de accesibilidade, que se se fan estudos se verán que a maior parte das instalacións, tanto a nivel galego como a nivel nacional, pois teñen unha deficiencia e unha carencia en canto á accesibilidade, é dicir, polo tanto, esta instalación está, na súa totalidade, accesible para calquera persoa que queira vir, ou grupo que queira vir ás Rías Baixas. E isto, bueno, pois vai a unha cantidade importante, e nós entendemos que esta é unha inversión estratéxica, a entendemos así ademais, máis importante que, seguramente, outras que se poidan plantexar, saben vostedes que aquí vai por anos e por etapas e por ciclos; falouse do solo industrial, agora resulta que temos solo industrial suficiente; falouse no seu momento de mellorar os viais, as comunicacións están mellorándose, e, eu creo que se dentro duns anos vamos a ter o AVE aquí, se dentro duns anos vamos a, xa está case terminado a Transcantábrica, que nadie lle dá importancia, eu non sei, non miro moitas veces nos discursos de nós mesmos, eu, desde logo, tanto o Presidente como eu como o equipo de goberno, si que o falamos nalgunha Xunta de Goberno, a Transcantábrica é fundamental para o desenvolvemento das Rías Baixas. E xa se verá, no futuro seguramente se notará dunha maneira espectacular, este ano, cando chegue o AVE, nós estamos preparados, estamos preparados a nivel turístico, a nivel hoteleiro e con proxectos europeos que se están facendo. Polo tanto eu creo que este é un proxecto estrela que, dende logo, temos que defendelo como un proxecto singular, é un proxecto singular, é un proxecto distinto a todos ós que pode haber en calquera lugar de España ou en calquera lugar de Europa. Polo tanto, temos que seguir defendendo, vostedes se acordan cando se puxeron en marcha os Paradores, bueno, pois eu creo que está a ese nivel, este proxecto está a ese nivel, é dicir, de grado de aceptación, de importancia e ademais do que pode significar de cara ó futuro. Rematar, no tema da ampliación, de todo o tema de Agolada, dos Pendellos, home, eu sinceramente, que non había ido alí, fun hai anos eu quedei realmente sorprendido, sorprendido porque aparte da defensa do patrimonio cultural básico que temos en Galicia, pois é outro atractivo máis importante, e creo que estas pequenas cousas son as que van conseguindo que un destino turístico, ou que unha provincia, ou que unha cidade pois ó final, consigan unha serie de características especiais, porque a xente cando visita, bueno, pois aquí temos un dato curioso, despois da Catedral de Santiago, o lugar máis visitado da provincia é o Monte de Santa Tecla e, seguramente, se facemos unha, collemos un folio, a maioría non o sabería isto, é o lugar máis visitado despois, bueno, pois hai que tamén, que tamén estamos traballando na recuperación patrimonial do Monte de Santa Tecla nun convenio tamén co concello da Guarda. Polo tanto, eu creo que aquí si que hai cuestións importantes, cuestións fundamentais, e, home, ampliar a UNED, Sr. Mosquera, eu creo que é un acordo que hai conveniado co concello de Pontevedra, coa Deputación e coa propia UNED. Polo tanto, eu creo que si ten contido, un contido importante, o que pasa é que, evidentemente, bueno, vostedes intentan desfiguralo ou intentan desvirtualo, é normal, é o traballo da oposición, pero nós estamos moi satisfeitos do traballo que se está a facer e de que estes son proxectos e cantidades que se necesitan para rematar, pois, para empezar, cuestións que son importantes para a nosa provincia. Seguramente se se queda a cantidade aí, dun millón ou quinientos mil euros, só, para, que, sen a explicación oportuna, ó mellor, pois alguén entendería que, bueno, pois que é unha ampliación máis de contrato, non, non é unha ampliación do contrato, son instalacións singulares, son instalacións importantes para a provincia, e xa verán vostedes, para o futuro das Rías Baixas e do destino Rías Baixas, un destino non se confecciona así porque así, vostedes déanlle importancia, o turismo significa o 12% do PIB da provincia de Pontevedra e dá emprego a máis de corenta mil persoas, aí están os datos, é dicir, nadie, nadie contradice eses datos, porque están aí, pero como ata agora, bueno, pois parece que só hai outros sectores dos que hai que falar, pois, evidentemente, parece que o turismo é a María; e o turismo, cando chegue a Transcantábrica definitivamente, que xa está rematada, e chegue o AVE á provincia de Pontevedra, estou totalmente convencido que ó mellor hai un volco, e o que agora, para algúns é unha María, para nós non o é, porque se está traballando desde hai tempo, e porque confiamos plenamente neste sector, polo tanto, esa é a explicación que eu lle quería dar, política, para a aprobación deste expediente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa, bueno, por esa ampla explicación, neste caso, desta primeira modificación que vamos a levar a cabo e, polo tanto, vamos a proceder á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 18 de marzo de 2014, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/14 da Deputación de Pontevedra (que integra o expediente de crédito extraordinario “EXT.01/14” e o de suplemento de crédito “SUP.01/14”) dentro do vixente orzamento provincial, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que o informe de Intervención de data 18 de marzo de 2014 indica que estes expedientes cumpren cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que a súa tramitación respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto nos artigos 177, 179 e 180 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais; nos artigos 34 a 38 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril, e nas bases 7ª e 8ª de execución do orzamento 2014, en canto á competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/14 da Deputación de Pontevedra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: Primeiro: Aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/14 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT.01/14” e polo de suplemento de crédito “SUP.01/14”) co seguinte detalle: 1) Expediente de créditos extraordinarios “EXT.01/14”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 330-336-762.14 TRANSFERENCIAS A CONCELLOS-CONVENIOS (REPARACIÓN VIRXE DA ROCA - CONCELLO DE BAIONA) 40.000,00 € 433-430-623.02 INSTALACIÓNS TÉCNICAS 2.000.000,00 € 433-432-657.02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS CON SOCIEDADES PÚBLICAS ESTATALES (CONV. CONCELLO BAIONA E PARADORES) 150.000,00 € 456-453-655.00 INVESTIMENTOS XESTIONADOS EN CONV. COA C. AUTÓNOMA - ESTRADAS 141.000,00 € 456-453-750.00 TRANSFERENCIAS Á XUNTA DE GALICIA - CONV. PROGRAMA DE MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL 546.700,00 € 457-336-681.00 INVESTIMENTOS EN BENS PATRIMONIAIS - ADQUISICIÓN DE ADECUACIÓN DE TERREOS (PENDELLOS DE AGOLADA) 25.000,00 € 457-336-682.01 INVESTIMENTOS EN BENS PATRIMONIAIS - EDIFICACIÓNS (MELLORA PENDELLOS DE AGOLADA) 300.000,00 € 922-323-658.02 INV. XESTIONADOS PARA INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO-EDUCACIÓN (CONV. AMPLIACIÓN EDIFICIO UNED) 60.000,00 € 926-491-640.00 INVESTIMENTOS INMATERIAIS EN ARQUIVOS DIXITAIS (PROX. ARPAD) 52.500,00 € 942-492-227.06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS, C. SERVIZOS COA FUNDACIÓN FINNOVAREGIO 17.850,00 € Total Créditos Extraordinarios… 3.333.050,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870.01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios 3.333.050,00 € 2) Expediente de suplemento de crédito “SUP.01/14”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 232-232-221.15 SUBMINISTROS MATERIAL TÉCNICO ESPECIAL (TALLERES C. P. FELIPE) 50.000,00 € 232-232-227.99 TRABALLOS REALIZADOS POR OUTRAS EMPRESAS - ESCOLA INFANTIL 60.000,00 € 232-233-462.00 A CONCELLOS, CONVENIO SERVIZOS S. COMUNITARIOS MUNICIPAIS (Financiado con economías do Convenio de Servizos S. Comunitarios 2013) 220.000,00 € 232-232-623.01 MAQUINARIA INSTALACIÓNS E UTILLAXE - ADQUISICIÓN (DOTACIÓN AUDITORIO) 25.000,00 € 232-232-632.03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS-MELLORAS (RESIDENCIA FOGAR C.P. FELIPE) 80.000,00 € 330-336-658.02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (PLAN DE RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO MONUMENTAL) 200.000,00 € 330-336-789.02 TRANSFERENCIAS A FAMILIAS E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO (PLAN DE RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO MONUMENTAL) 100.000,00 € 410-415-789.02 TRANSFERENCIAS A CONFRARÍAS (CONV. AXUDAS SEMENTE E COMERCIALIZACIÓN) 102.000,00 € 456-453-624.01 ELEMENTOS DE TRANSPORTE-ADQUISICIÓN CAMIÓN BACHEADOR 200.000,00 € 942-241-622.01 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (PROX. VIVEIROS EMPRESAS BARRO-FINANCIAMENTO ADDENDA) 200.000,00 € Total Suplementos de Créditos… 1.237.000,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870.02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito (SUP.01/14) 1.237.000,00 € TOTAL... 1.237.000,00 € O resumo das modificacións por capítulos é o seguinte: Capítulo 1º Gastos de persoal 0,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 127.850,00 € Capítulo 3º Gastos financeiros 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 220.000,00 € Capítulo 6º Investimentos reais 3.433.500,00 € Capítulo 7º Transferencias de capital 788.700,00 € Capítulo 8º Activos financeiros 0,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 0,00 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS… 4.570.050,00 € 3) Modificación da Disposición adicional I das bases de execución dos orzamentos: Modifícase a Disposición adicional I das bases de execución dos orzamentos, fixándose, con efectos retroactivos de 1 de xaneiro de 2014, nos seguintes termos: • Cantidade fixa: 3.300,00€. • Cantidade variable: 445,00€. Segundo: O expediente de modificación de créditos número 1/14 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT.01/14” e polo de suplemento de crédito “SUP.01/14”) será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.6457.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO “PONTE RÍO DEVA-ROTONDA ENLACE EP-5002 CON EP-5102 PONTE DAS ACHAS-ACHAS (A CAÑIZA)”. RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO Sr. Presidente.- Punto número 5. Aprobación definitiva do proxecto “Ponte do Río Deva-Rotonda enlace EP-5002 coa EP-5102, Ponte das Achas, Achas no concello da Cañiza, e a resolución das alegacións e aprobación definitiva da declaración de bens e dereitos afectados, ratificación da solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos tamén afectados pola execución do proxecto. Como saben, este proxecto o habíamos traído aquí fai un mes, e bueno, habíase pedido que se esperara un mes a clarificar un pouco esta situación. Eu tiven a oportunidade de estar no lugar, no sitio, dúas veces, tiven outra oportunidade de presentar o proxecto con todos os veciños afectados, e coñezo, pola información que me trasladan os técnicos desta casa, pois, a actuación que se pretende acometer. Alí, por parte dun afectado trasladóusenos a posibilidade de se había, se se estudaran outras opcións. Estudáronse todas as opcións posibles e esta, de algunha maneira, é a que se entendeu como máis razoable, porque hai outras que son practicamente, por dicilo así, inexecutables. No que se refire á titular dunha propiedade, dunha vivenda en concreto, polas explicacións que eu pedín, esa vivenda dista, deste vial novo que se quere construír, uns dez metros, polo tanto, agora mesmo, o vial está pegado á vivenda e o que se pretende con esta actuación é, primeiro, salvagardar unha parte importante no que é o ámbito do Patrimonio porque hai unha ponte romana construída nesa zona que non dá cabida ó tráfico que alí hai, é un tráfico que comunica alí varias parroquias, é un cruce de camiños importante e, polo tanto, o que se pretende é facer unha alternativa que permita a recuperación desa ponte, que está bastante deteriorada, é máis, sobre todo, que unha riada non se leve por diante, precisamente, esa ponte, construíndo unha de maior dimensión para poder solventar os problemas, como digo, das riadas e tamén de tráfico nese punto en concreto, ¿non?. Para poder resolver este tema o plantexamento que fan desde o departamento de Infraestruturas, que levan dous anos, practicamente, traballando nel, é o máis razoable en todos os aspectos e, polo tanto, ese é o motivo, tal e como quedaramos, de volver a traelo hoxe aquí. Non sei se hai, pois, algún comentario máis a este respecto, creo que era necesario tamén dar esta explicación, pero, vamos, se hai algún comentario pois eu llo traslado. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, nós, dende logo, pedimos no Pleno pasado que se retirara da Orde do Día para poder tratar cos veciños e veciñas a proposta que estaban a facer, dende logo, recoñecer que se atendeu a nosa proposta, o que si e cando lle pedíamos que o retirara é para que falara con eses veciños, con esas veciñas, da posibilidade de alternativa consensuada que eles plantexan, é dicir, consensuar unha alternativa como están a plantexar os veciños e veciñas, ¿non?. Porque, a verdade é que hai un número moi importante de veciños e veciñas que non están a favor deste proxecto, é máis, incluso están a falar que votaron man dun proxecto moi antigo que incluso non reflexa a situación actual que teñen as propias parcelas e que, parcelas que se van a ver afectadas por esta nova carretera. Mire, os nosos compañeiros recolleron preto de catrocentas firmas de veciños e veciñas da Cañiza e están, seguen a recoller firmas, porque, dende logo, o que piden, é dicir, lle dicimos de novo o mesmo que dixemos no Pleno anterior, están de acordo con que se faga esta variante, pero o que non están de acordo é que se faga co proxecto que ten a Deputación actual. O que piden é que o novo vial mellore a situación de toda a parroquia, non unha parte da parroquia senón de toda a parroquia, e, dende logo, o que piden é un mellor deseño do proxecto actual. En concreto, ¿que é o que piden?, pois que esta nova carretera discorra por detrás do cemiterio das Achas, porque isto facilitaría o tráfico no seu acceso; que a rotonda que se vai construír na estrada Cañiza-Mourentán teña unha maior distancia das vivendas, das casas. E, por último, que se constrúa unha rotonda na conexión coa estrada da Franqueira á altura de Gabián, esas son as propostas que eles fan, dende logo, non son unhas obras moi, moi importantes, son catrocentos metros máis de novo vial, pequenas variacións e, dende logo, o que nós pedimos de novo é que se atenda, porque se vai a facer unha obra importante que todos que recoñecen que é importante e para moito tempo e, polo tanto, que se teña en conta ós veciños e veciñas. Eu, Sr. Presidente, lle deixo estas preto de catrocentas firmas onde apoian isto, e eu, insistimos desde o noso grupo provincial que sería bo darlle unha pensada, é unha obra importante, e de facela, pois, como piden os veciños e veciñas. Nós en todo caso pedimos na Comisión un voto particular, Secretario, pediríamos que se votara por separado a nosa proposta da proposta que vén no Pleno, ¿non?. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias. De todas maneiras queda aberto, nós, eu creo que debemos continuar o expediente, así nolo traslada tamén o concello e, polo tanto, bueno, pero queda aberta a vía de dialogar sobre o proxecto en si mesmo, alí, in situ, pero, é que eu, xa digo, estiven in situ, estiven cos veciños e escoitei ós técnicos de aquí e non hai outra posibilidade. Se houbera outra posibilidade, xa digo, son posibilidades inexecutables, entón, bueno, eu creo que solucionar este problema é necesario, pero xa digo, bueno, se aí hai unha serie importante de firmas, xa digo, seremos consecuentes con iso, na medida do posible e, como vamos a tardar un tempo, aínda ata a execución mesma desta actuación, pois un día temos unha reunión na cal poden vostedes asistir con nós, no lugar, e cos veciños, para que, a ver si, porque ó final, se vamos a facer unha actuación, gastamos entre unhas cousas e outras cerca dun millón de euros, ó que vai esta actuación, e ó final, non logramos que a inmensa maioría dos veciños que alí viven, non só os afectados, porque hai, cando se fai un novo vial, sobre todo no novo trazado, como é este tramo que se vai a facer de novo trazado, sempre hai algún afectado, evidentemente, ¿non?, pero claro, todo o mundo queremos, bueno, si, que se constrúa pero pola doutro; claro, pero por algún ten que ir, pola miña non, entón, bueno, non sei, eu, xa digo, eu póñome á disposición para que no día e hora que se diga nos presentemos no sitio, escoitemos alí ós veciños, e se hai, dalgunha maneira, como, desde a Deputación volvemos a facer unha nova comprobación e todo o demais, e quedou perfectamente claro que non é posible outra alternativa, eu xa digo, se se pretende, nós, a nosa disposición é absoluta e total para ir ó lugar cos veciños e co concello, para escoitalos e deixar esa porta aberta, independentemente diso, como digo, levamos adiante a tramitación que en todo caso é susceptible de calquera outro comentario que se poida ir facendo no percorrido da execución e do inicio do proxecto. Polo tanto, en principio votamos a petición particular que plantexan sobre a … Ben, bueno, pois votamos neste caso a proposta do Partido Socialista, primeiro, con relación a isto. ¿Votos en contra?, neste caso, o Partido Popular, e, non sei, o Bloque Nacionalista Galego, abstención; e Partido Socialista, a favor. E, finalmente, aprobar, neste caso, votar o punto número 5 que é a aprobación definitiva do proxecto. ¿Votos a favor?. Partido Popular. ¿Abstencións?. ¿En contra?. O proxecto “Ponte río Deva–rotonda enlace EP-5002 con EP-5102 Ponte das Achas–Achas (A Cañiza)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 650.369,97 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 558.127,31 euros e capítulo de expropiacións por importe de 92.242,66 euros, ten por obxecto o ensanche e a mellora do trazado da devandita estrada provincial. A finalidade da actuación proxectada é a construción dunha variante da estrada provincial EP-5102 Lamosa–Franqueira–Achas, polo que resulta necesario construír unha ponte para salvar o paso do río Deva. Ademais, tamén se contempla a construción dunha rotonda de enlace da antedita estrada coa EP- 5002 Cañiza–Mourentán. A xustificación do proxecto vén dada a causa de que na actualidade a densidade de tráfico por estas dúas estradas provinciais aumentou notablemente, polo que é preciso a construción dunha variante que mellore a circulación do tráfico rodado. Para iso o proxecto plantexa un novo trazado que unirá as dúas estradas provinciais a través dunha ponte e na que se inclúe a construción dunha rotonda co que se pretende mellorar a circulación do tráfico rodado e, por conseguinte, a seguridade viaria. Sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 7, de data 13 de xaneiro de 2014, no taboleiro de anuncios do concello da Cañiza, en varios xornais da localidade e sendo notificado individualmente ós afectados, preséntase escrito de alegacións por parte de Don Antonio Alonso Pérez e Dona Nélida María Castillo Parames, e á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas, advertindo da necesidade de acometer canto antes a obra, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: Primeiro.- A aprobación definitiva do proxecto “Ponte río Deva–rotonda enlace EP-5002 con EP-5102 Ponte das Achas–Achas (A Cañiza)”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 650.369,97 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 558.127,31 euros e capítulo de expropiacións por importe de 92.242,66 euros. Segundo.- A estimación parcial das alegacións presentadas por Don Antonio Alonso Pérez e Dona Nélida María Castillo Parames, en base ás seguintes estimacións: 1.- Na alegación primeira do escrito presentado, achégase documentación que acredita como actuais propietarios ós alegantes en base á transmisión por título de compravenda efectuado de acordo co disposto na escritura e inscrición rexistral que se achega, polo que se procede á súa rectificación na relación de propietarios afectados no anexo do acordo de aprobación definitiva. 2.- No punto segundo das alegacións dise, textualmente, “… es preciso señalar que el proyecto no está definitivamente aprobado, motivo por el cuál no goza de declaración de utilidad pública ni de necesidad de ocupación de los bienes y de adquisición de los derechos necesarios para la ejecución de las obras, por tanto no debe iniciarse un procedimiento expropiatorio, por no ser conforme con la Ley de Expropiación Forzosa…”. “…la necesidad de sometimiento de los proyectos al trámite de información pública de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 21 de la Ley 8/2013, de Estradas de Galicia…”. Ó respecto, desestímase a presente alegación xa que o procedemento expropiatorio que se leva a cabo, segue, en todo momento, o iter procedimental que a Lei de Expropiación Forzosa de 16 de decembro de 1954, no seu artigo 52 e artigo 56 do Regulamento que desenvolve a mesma lei, dispoñen para os procedementos de expropiacións urxentes, xustificados por proxectos de obras onde impera a restitución da seguridade viaria e a eliminación do risco da circulación (TSJ Madrid 2-1-97 e TSJ Madrid 10-09-96) como é o caso. Así mesmo, tralos trámites de aprobación inicial polo Pleno e a súa posterior publicación, en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 7, de data 13 de xaneiro de 2014, no taboleiro de anuncios do concello da Cañiza, en varios xornais da localidade e sendo notificado individualmente ós afectados, procédese a dar cumprimento ó trámite de información pública e dentro do cal se presentan as presentes alegacións. 3.- A terceira alegación propón o cambio de trazado do proxecto en base a “…el trazado realizado causa graves daños en la finca de nuestra propiedad, dado que la divide en dos partes…” Desestímase a mesma xa que a xustificación do proxecto vén dada a causa de que na actualidade a densidade de tráfico por estas dúas estradas provinciais aumentou notablemente, polo que é preciso a construción dunha variante que mellore a circulación do tráfico rodado. Para iso o proxecto plantea un novo trazado que unirá as dúas estradas provinciais a través dunha ponte e na que se inclúe a construción dunha rotonda co que se pretende mellorar a circulación do tráfico rodado e, por conseguinte, a seguridade viaria. Polo tanto, dáse preponderancia ó interese xeral ante os intereses particulares que como neste caso non xustifican un cambio de actuación. 4.- Con respecto á valoración da expropiación e das propiedades obxecto da ocupación, esta lévase a cabo de conformidade coa normativa vixente e de acordo cos criterios técnicos e catastrais que se determinan no anexo de expropiacións. 5.- O proxecto, así como o estudo de impacto ambiental atópanse a disposición pública no Servizo de Infraestruturas da Deputación Provincial de Pontevedra. Terceiro.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o anexo que se achega ó presente acordo. Cuarto.- Ratificar a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra xa que o devandito proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade viaria neste tramo da estrada, xa que o seu estado actual non reúne as características técnicas mínimas esixidas para este tipo de viario, cun ancho medio pavimentado de seis metros ou inferior, importantes deficiencias no firme e sen un itinerario alternativo para os peóns que reúna unhas mínimas condicións de seguridade. ANEXO Parcela Propietario Sup. afectada (m2) Bens afectados 1 Manuel Miguélez Sampayo Lugar de Guindeiras nº 1, Achas 36880 - A Cañiza 115,52 23 ud árbores 2 Herdeiros de Antonio Gil Gil Lugar de Achas s/n 36880 - A Cañiza 223,87 38 ud árbores 3 José Castro Antón Avenida de Guixar nº 3, 1º 36207 - Vigo 45,16 5,27 m2 muro mampostería 4 Tomás Sampayo Antón Lugar de Moledo s/n, Achas 36888 - A Cañiza 17,52 5 Julia Rivera Antón Lugar de Achas - Guindeira 36880 - A Cañiza 331,16 38,49 m2 arame de espiño 10 ud columnas de madeira 3 ud columnas 6 José Ribeiro Antón Lugar de Moledo s/n, Achas 36888 - A Cañiza 110,18 7 Dolores Castro Antón Lugar de Achas s/n, Guindeiras 36887 - A Cañiza 189,19 11,34 m2 muro mampostería 8 José Castro Álvarez Lugar de Achas s/n, Puente 36888 - A Cañiza 250,76 11,56 m2 muro mampostería 9 María González Riveiro Lugar de Grades s/n 36887 - A Cañiza 172,74 11,39 m arame espiño 4 ud. columna pedra 10 Herdeiros de Dolores Laureiro Barreiro Lugar de Achas s/n, Puente 36888 - A Cañiza 88,69 11 Descoñecido 331,2 23,66 m2 muro mampostería 12 Enrique Riveiro Antón Parroquia de Achas s/n, Gabián 36888 - A Cañiza 408,02 41,43 m2 muro mampostería 13 Herdeiros de Dolores Castro González Lugar de Puente s/n, Achas 36888 - A Cañiza 49,52 14,79 m2 de galpón de bloque 10,10 m2 muro mampostería 2 ud columna 16,72 m2 aramado metálico 14 Josefa Álvarez Parada Lugar de Parada s/n, Caldas 36889 - A Cañiza e José María Soalleiro Álvarez Avda. Buenos Aires nº 4 36207 - Vigo 422,5 52,22 m2 muro mampostería 7 ud árbores 15 José Castro Álvarez Lugar de Achas s/n, Puente 36888 - A Cañiza 171,62 13 ud árbores 16 Francisco González Puga Lugar de Guindeiras s/n 36880 - A Cañiza 703,17 33,74 m2 muro mampostería 9 ud columnas 18,18 m arame espiño 17 Herdeiros de Eduardo Castro Álvarez Avenida de Redondela nº 14, 1º A 36860 - Ponteareas 338,67 15,92 m2 muro mampostería 3 ud árbores 18 Descoñecido 275,53 12,20 m2 muro mampostería 5 ud. árbores 19 Josefa Alfonso Lorenzo r/ Suiza s/n 36880 - A Cañiza e José Alfonso Lorenzo Parroquia de Achas s/n 36888 - A Cañiza e Juan Alfonso Lorenzo Parroquia de Santa Comba s/n 15840 - Santa Comba e Herdeiros de Rosa Alfonso Lorenzo Parroquia de Achas s/n, Boeijos 36888 - A Cañiza 611,31 10 ud árbores 20 Perpetua, Cesáreo, Divina, Socorro e Manuel Puga Riveiro Lugar de Achas s/n, Gabián 36880 - A Cañiza 196,78 3 ud columnas 14 ud árbores 21 Zacarías Antón Fernández Lugar de Lisoiros s/n 36880 - A Cañiza e María Antón Fernández Lugar Carballo do Marco nº 5 36880 - A Cañiza 171,2 17 ud árbores 22 Herdeiros de Asunción Fernández Castro Att. Josefa Ferreiro Fernández Parada de Achas, Novas 36888 - A Cañiza 157,11 21 ud árbores 23 María González Riveiro Lugar de Grades s/n 36887 - A Cañiza 109,72 24 Jesús Couto Alonso 160 182,98 38,64 m2 muro mampostería 34 ud árbores 6.6458.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- Punto número 6. Moción da Presidencia sobre o nomeamento de representantes desta Deputación en órganos colexiados. A designación de, na Comisión Territorial do Catastro, D. José Carlos López Campos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda, por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados. Dita Moción é como segue: “Dada conta de que o Pleno, en sesión plenaria de 29 de xullo de 2011, aprobou Moción desta Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados. Resultando que en sesión plenaria de 25 de outubro de 2013 acordouse nomear a D. Horacio Gil Expósito, como representante desta Deputación no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra. Resultando que motivos organizativos aconsellan modificar o anterior nomeamento. Considerando que o art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Por todo iso, a Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: Desígnase representante da Deputación Provincial de Pontevedra na Comisión que seguidamente se relaciona ó seguinte Sr. Deputado: - Comisión Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra: D. José Carlos López Campos Por conseguinte, o anterior nomeamento efectuado en sesión plenaria de 25 de outubro de 2013 queda sen efecto.” 7.6459.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE EN RELACIÓN CO APOIO Á CELEBRACIÓN EN VIGO DA WORLD FISHING EXHIBITION, NO ANO 2016 Sr. Presidente.- Punto número 7. Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE en relación co apoio á celebración en Vigo da World Fishing Exhibition no ano 2016. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, o Partido Socialista traemos hoxe, a este Pleno, unha moción que consideramos moi importante non só para a cidade de Vigo senón para toda Galicia. Queremos lembrar que no ano 1973 celebrouse no Peirao de Bouzas a primeira Feira Mundial de Pesca, por aquel entonces cunha participación exigua e tímida dos países estranxeiros dada a situación política que aínda vivía o noso país, nembargantes, a presenza, naqueles días en Vigo, do Ministro de Pesca de Cuba e da extinta Unión Soviética, supuxo un verdadeiro espaldarazo para o sector da construción naval de toda Galicia e moi especialmente para a Ría de Vigo. Varias foron as citas da Feira Mundial da Pesca que se celebraron na cidade de Vigo, todas elas tiveron un retorno económico e político moi importante para a nosa comunidade. Recórdanse, aínda, a Flota Cubana que se renovou en Estaleiros da Ría de Vigo, os quimiqueiros ou os pesqueiros que foron construídos nas nosas factorías. Pero, ademais, Vigo e toda Galicia púxose no mapa mundial da pesca. En A Toxa ou en Baiona faláronse da ampliación das duascentas millas das zoas económicas, exclusivas dos países ribeireños ou das pesquerías de profundidade. Estas dúas localidades acolleron en 1991 e 2003 as cumbres dos Ministros de Pesca de todo o mundo e serviron de base para o desenrolo de moitas políticas pesqueiras destes países e, incluso, da propia Unión Europea. Coido que non é moi necesario seguir a explicar os efectos do retorno que ten a Feira Mundial de Pesca na cidade de Vigo, pero agora nos atopamos cunha situación de perigo para a celebración de novas edicións desta feira mundial e, nembargantes, quizá sexa a mellor ocasión para celebrala. Os estaleiros necesitan un forte impulso e o sector da pesca tamén, o propio Comité Organizador, que nas anteriores edicións plantexaron a necesidade da feira, parece que agora sumido nun impás por certas situacións complicadas dos seus propios membros. Por iso, as administracións teñen o deber de tirar deste carro e poñer todo o seu empeño para evitar que a Feira Mundial da Pesca acabe celebrándose en Asia. Galicia, Pontevedra e Vigo teñen, neste intre, que ser capaces de arrimar o ombro e poñer todo o interese para poñer en marcha a edición de 2016. Por iso, só pedimos dende o Grupo Socialista tres puntos básicos a este Pleno da Deputación. Primeiro, o Pleno da Deputación de Pontevedra insta á Xunta de Galicia e ó Ministerio de Medio Ambiente, Agricultura e Alimentación a impulsar a celebración dunha nova edición da World Fishing na cidade de Vigo no ano 2016, colaborando ó máximo co Comité Organizador do evento. Dous, impulsar tamén, dende a propia Deputación de Pontevedra, a colaboración en materia económica co Comité Organizador. E, punto tres, trasladar o presente acordo á Presidencia da Xunta de Galicia, ó Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente e Alimentación e ó Presidente do Comité Organizador da World Fishing Exhibition. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Dona IolandaVeloso. Sra. Veloso Ríos.- Moitas grazas. O BNG está tamén moi preocupado pola posible celebración da World Fishing Exhibition en Asia en non na cidade de Vigo, como se celebrou nos últimos anos, e por iso trasladou distintas iniciativas en distintas administracións. O BNG no Concello de Vigo propuxo un texto, precisamente, reclamando o apoio das administracións e comprometendo o apoio do concello de Vigo á celebración da World Fishing Exhibition en Vigo, que foi aprobado como declaración institucional, por unanimidade, dos tres grupos políticos que temos representación no concello. Trasladamos tamén unha serie de preguntas, unhas proposicións non de lei, tanto ó Parlamento Galego como ó Congreso dos Deputados, e aí si nos atopamos coa desagradable sorpresa de que o Partido Popular manifestou a súa ausencia de participar e de impulsar a World Fishing Exhibition, dicindo que, en todo caso, colaboraría, que non ían ser, non ía ser unha colaboración iniciativa dos gobernos senón que, en todo caso, estaría disposto a colaborar cos organizadores, que son entidades privadas, no caso de que lla solicitasen, algo que xa está feito por activa e por pasiva e publicamente tamén por parte dos organizadores e nós vamos apoiar que tamén na Deputación de Pontevedra se aprobe o apoio dende as administracións á World Fishing Exhibition, incluída a propia Deputación, e tamén que se inste á Xunta e se inste ó Goberno do Estado, ó Ministerio, para que a apoie, porque, evidentemente, non hai que subliñar a importancia da World Fishing Exhibition e a importancia para un sector tan importante no noso país como o sector da pesca. Unha feira que non só ten un retorno económico importantísimo para o sector da pesca, pero tamén para outros sectores económicos durante a súa celebración, senón que tamén é unha fonte de prestixio e de recursos, de internacionalización, algo que tanto lle gusta utilizar ó Partido Popular, por exemplo, cando fala dende a Xunta de Galiza sobre a economía do país e para un sector como o da pesca, quizais, neste caso a internacionalización non é como a entende o Partido Popular cando fala desde Xunta, como deslocalización ou como venta de empresas do país a empresas estranxeiras, senón que realmente é a internacionalización dun sector como o da pesca. E nós esperamos que modifiquen este argumento de que se trata dunha iniciativa privada, porque tamén é certo que as administracións e os gobernos teñen a obriga de intervir nas iniciativas privadas cando teñen unha importancia económica como ten o sector da pesca. E, ademais, nun sentido no que promove o propio enriquecemento dun sector, intervén, desgraciadamente, para converterse o Presidente da Xunta nun director comercial dos estaleiros, que finalmente acaban vendidos a unha empresa estranxeira, ou intervén, desgraciadamente, cando se trata de fomentar, de mellorar e axudar ás empresas privadas e que traballan no eido da sanidade ou da educación. Nós esperamos que neste caso, cando estamos falando do sector da pesca e dunha feira tan importante como a World Fishing Exhibition, realmente haxa un compromiso tanto da Xunta de Galiza como do Goberno do Estado, do Ministerio, para garantir que se siga a celebrar en Vigo e non marche a Asia. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Veloso. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, hai cousas que realmente ás veces é mellor non escoitar, cando un grupo político como o BNG fai un ataque ós que creo que estamos traballando por os sectores importantes da cidade de Vigo, e por moito que lles pese a todos vostedes o sector do naval tiña unha situación delicada, complicada, e, que, evidentemente, este non é o debate pero aí estaba, os traballadores no paro, os traballadores sen posibilidades de carga de traballo, e había un partido que gobernaba na Xunta de Galicia que era o BNG, que non fixo absolutamente nada, senón se vostedes collen a súa traxectoria e miran a cantidade de desempregados nesa época no sector do naval, pois seguramente ó mellor, non diría vostede o que está a dicir agora. Nós nos sentimos moi orgullosos da defensa do Naval, nos sentimos moi orgullosos de que representantes do noso grupo político, e sobre todo o Presidente da Xunta fixeran as xestións que tiñan que facer para que se puidera recuperar, e hoxe si que podemos dicir en Vigo que o Naval ten futuro, e hoxe si que podemos dicir en Vigo que o Naval é un dos sectores que ten asegurada a carga de traballo para moitos anos. Pero iso se debe, lles guste ou non lles guste, a un Presidente que se chama Alberto Núñez Feijóo, que lle chamaron mariachi, que lle chamaron de todo vostedes cando estaba de viaxe, que se estaba de viaxe, que se estaba de vacacións, pois, as vacacións do Sr. Feijóo tiveron carga de traballo e a carga de traballo está aí nos estaleiros de cidade de Vigo e, gracias a iso, no futuro veremos como todos eses estaleiros que vostedes, por certo, onte non lle concederon a Medalla de Ouro, non o apoiaron, por certo, que claro, ás veces as cousas tamén hai que dicilas, houbo unha proposta de conceder a Medalla de Ouro ó Sector do Naval e o Bloque Nacionalista Galego non o apoia porque di que só son os traballadores, e os traballadores tamén, por suposto, pero tamén os empresarios, tamén as administracións e tamén todos os que apoiamos ó Sector do Naval durante moitas manifestacións, que vostede sabe que estivemos, pero, isto é outro debate que, seguramente, algún día ten que producirse. Pero con respecto á World Fishing, eu coñezo perfectamente este tema porque tiven a sorte, dentro da miña traxectoria, de ser Presidente do Comité Organizador no ano noventa e sete, e o que hai que deixar claro, primeiro, que esta é unha organización privada, esa é a primeira cuestión, porque ó mellor a xente pensa que é unha organización onde estamos as administracións ou onde están, é unha organización totalmente privada. O noso grupo intentou pórse en contacto convocando ó Presidente e algúns membros dese Comité Organizador ou desa empresa, non fomos capaces, non respostaron á nosa pregunta nin á nosa petición, supoño que será por cuestións persoais, que nós respectamos, evidentemente, pero o que si está claro, en primeiro lugar, é que non hai ningún referente agora mesmo, agora mesmo, desa empresa, que é unha empresa que ten o seu domicilio social fóra, que non está aquí pero que non ten maior importancia iso, é unha empresa privada que xestionou a World Fishing sempre segundo os seus criterios empresariais. ¿Que fixemos as administracións?. Axudamos con medios económicos, con medios humanos, con medios materiais, facilitando todas as posibilidades para o bo funcionamento, deixando incluso gratis ás veces o recinto feiral; fíxose a ampliación do recinto feiral, co que conlevou todo iso de diverxencias e discrepancias con outras organizacións, a raíz de aí naceron outras organizacións, tamén vostede sabe, ligado ó mundo da pesca como Conxemar, como Navalia, ¿por qué?, houbo problemas entre eles, etc., etc., etc. Bueno, eu coñezo perfectamente, en profundidade, este tema, ó detalle, porque o vivín directamente. Polo tanto, nós estamos a favor, evidentemente, de que se faga a World Fishing pero estes mecanismos todos, Sr. Santos Héctor e Sra. Iolanda Veloso, hai que deixalos enriba da mesa, non vamos nós a ser os que nos poñamos á fronte para poder organizar a Feira Mundial da Pesca, supoño que os organizadores atenderán ás chamadas que lle fixemos, nós, o noso grupo, o noso partido se lle fixo dende os representantes nosos no Senado, representando á provincia de Pontevedra, polo tanto hai unha xestión que está feita, que está feita por escrito, que non tivo contestación, e bueno, eu creo que isto, ¿como se podería resolver?, pois ver unha fórmula de remitirlle algún escrito a eles a ver se realmente están interesados ou non están interesados, porque nós non temos contestación, non temos retorno dese interese. Que, evidentemente, para a sociedade viguesa e para a sociedade de Pontevedra e para Galicia é importante a World Fishing, si, pero hai que buscar quen a organice, hai unha empresa que ten o nome, que supoño que terá todos os dereitos empresariais e, bueno, pois hai unha situación dos empresarios agora mesmo que todos coñecemos e que, polo tanto, ó mellor iso é o que está dificultando agora mesmo esta posibilidade de facer a Feira Mundial da Pesca. A oportunidade de que non se leve, claro que nos preocupa a todos que non se leve fóra de aquí, pero bueno, eu creo que esa fórmula de instar ás administracións e culpar ás administracións e botarlle a culpa ás administracións de algo que non se faga, eu tampouco estou de acordo con esa teoría, porque senón entrariamos en que sempre teríamos a culpa absolutamente de todo, aquí hai unha empresa privada, que mentres gañou diñeiro non pensou nas administracións, que mentres lle interesou facer a World Fishing a fixo e non pensou nas administracións, e eu digo que, coa voz moi alta e para que todo o mundo o saiba, todas as administracións colaboramos, coa World Fishing, en todo o que necesitaron cando se fixeron as anteriores edicións dende o ano 1976. E eu teño coñecemento diso, tanto o Concello, a Xunta, como a propia Deputación, coma o Goberno do Estado. Polo tanto, miren, cada un ten que ter a súa responsabilidade e asumila; eles mentres ganaron diñeiro e tiveron a empresa en condicións, non, só necesitaban de nós para que lle axudásemos, agora non hai esa posibilidade ou non teñen esa posibilidade, ou parece que non queren estar á fronte desa organización, tampouco nós temos a responsabilidade absoluta desta cuestión. ¿Que nos interesa, evidentemente, como grupos políticos e como representantes dos cidadáns que se faga esta feira en Vigo?, evidentemente, para o sector turístico, para o sector hoteleiro e para a propia cidade e para a propia provincia. Pero eu creo que, bueno, hai un término medio onde temos que encaixar a proposta e non responsabilizar única e exclusivamente ás propias administracións, e digo todas, ¿eh?, non exclúo absolutamente a ningún desta responsabilidade. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, moi breve. Eu, en primeiro lugar, dicir de que o mesmo que tamén os estaleiros son privados e o Sr. Portavoz do Partido Popular falaba da boa xestión do Presidente da Xunta de Galicia en México para poder traer carga de traballo para aquí, podemos atoparnos no mesmo coa World Fishing, é dicir, non pode haber un raseiro para un e para outros outro raseiro. Dende logo, o tema, a cuestión do sector naval que amais foi recoñecido no día de onte coa Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, tanto as empresas como os traballadores, por ser un sector estratéxico, que, dende logo, se nutriu tamén moitas destas iniciativas e moita máis industria que o naval, moitisima máis porque non hai máis que ver a exposición e as transicións económicas que alí se fan, que garantizan o futuro e a viabilidade de moitas empresas da nosa Comunidade. Dende logo, hai moitas empresas privadas, fíxese, os bancos, as autoestradas, agora que hai que rescatar, parece ser que con diñeiro público, son privadas e témolas que rescatar con diñeiro público, igual que ós bancos, van mal e os rescatamos con diñeiro público, cando ían ben non viñan para onda nós, ¿verdade?, pois isto é exactamente igual, e aquí o Grupo Provincial Socialista, dende logo, o que non estamos é a culpabilizar a ningunha administración, o que propoñemos é que na liña que vostede di, dirixirse ó Comité Organizador, á Empresa, ós que teñen os dereitos da World Fishing, eu quero lembrarlle, e vostede o sabe ben, que ademais sempre contou cun Comité de Honra das máis altas instancias do Estado e da Comunidade Autónoma, é dicir, polo tanto, que a administración si estaba xa aí respaldando, e tamén, seguro que economicamente tamén algunha das súas opcións. Aquí o que se plantexa, desde o noso grupo, que algo tan importante, que nos pon no mapa mundial, que nos pon no mapa mundial, como é a World Fishing Exhibition, de que coñeza este Comité Organizador, que coñeza de que a Deputación de Pontevedra quere apoialos, quere que se celebre na cidade de Vigo, quere que se faga aquí, iso é o que queremos que se lle transmita, da maneira que o fagamos ou despois o que acordamos, pois nós non vamos a facer unha cuestión aquí de fondo importante, pero que coñezan que queremos que se celebre aquí, que contan co noso respaldo, que a Deputación de Pontevedra quere que siga desenrolándose aquí, e abertos a poñelos no texto pero, lonxe, lonxe de que nós poñamos aquí encima da mesa que, e culpabilizar a calquera administración, ó contrario, é obligación das administracións, desta tamén, a Deputación, de promocionar todo aquilo que dinamice a economía, o emprego da nosa provincia, tan sinxelo como iso. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Seguido do que di vostede, se nos ocorre agora, pois unha proposta, é dicir, que na Xunta de Voceiros fagamos un comunicado dos tres grupos políticos ou no Pleno e que llo remitamos e punto. Nesa liña que vostede acaba de dicir agora mesmo, da preocupación que temos desde esta administración para que se faga a World Fishing en Vigo e saber en que disposición están os organizadores. Bueno, pois vale. Sr. Presidente.- Si, polo tanto que se plantexe entre os portavoces dos tres grupos un texto que, bueno, en principio, vamos, cos matices que se acaban de plantexar pois, non é por varialo, non se trata de variar nada do que dalgunha maneira tal, pero si hai cousas, en todo caso, que eu creo que se deben discutir. Sr. Figueroa Vila.- Quedamos en iso, facemos unha declaración dende o Pleno os tres grupos políticos. Vale. Sr. Presidente.- Tan pronto como se reúna a Xunta de Portavoces para tomar unha decisión, eu creo que o apoio queda claro, dos tres grupos. Sr. Figueroa Vila.- Que la Junta de Portavoces, al terminar, tengamos un posible texto y le demos el visto bueno. ¿Vale?. A Xunta de Portavoces acorda elevar ó Pleno un texto conxunto, en vez da Moción do Grupo Provincial Socialista, en relación coa celebración da World Fishing Exhibition na cidade de Vigo. O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar o texto conxunto dos grupos políticos da corporación provincial instando á realización das xestións precisas ó obxecto de que a cidade de Vigo sexa a sede da World Fishing Exhibition do ano 2016. Dito texto é como segue: “A edición do 2015 da Feira Mundial da Pesca, World Fishing Exhibition, que cada seis anos se celebra na cidade de Vigo, cancelouse. Así o anunciou o pasado decembro o Comité Executivo responsable da organización deste evento internacional desde hai 40 anos. A nova data do evento adiantaríase ó ano 2016 pero en sedes distintas, sopésanse países situados en Asia. As razóns esgrimidas para anular esta importante cita pesqueira, segundo transcendeu, débense fundamentalmente a problemas organizativos pero tamén de índole económica. Esta Feira Mundial da Pesca ten unha grande importancia, chegou a congregar máis de corenta máximos responsables ministeriais da Pesca a nivel mundial, o que se deu en denominar a Conferencia internacional de Ministros de Pesca. Acudiron responsables da FAO, e outros moitos expertos en materia pesqueira, así como empresas do sector. É un punto de referencia mundial para todos os axentes implicados na industria da pesca e de grande interese para o sector naval. Sen ir máis lonxe, na última Feira celebrada en Vigo no ano 2009 contouse coa presenza de 800 empresas pertencentes a 51 países e contou coa presenza de máis de 70.000 visitantes. Trátase dun evento que leva cinco décadas de traxectoria. A World Fishing Exhibition naceu en Londres, esa foi a súa sede ata que en 1973 se trasladou a Vigo. A partires de 1985 sempre se reuniu en Galicia, na cidade viguesa. Perante esta nova, representantes do sector empresarial galego pediron un último esforzo para que non se dea por perdida a World Fishing Exhibition en Vigo en 2016. Hai que ter en conta o que este evento representa para a economía de Galicia onde o sector mar-industria ten un peso relevante. Non menos importante é a incidencia que ten no sector comercial e hostaleiro, ademais da importante proxección internacional que posúe. Cuestións todas que é preciso ter en conta, sobre todo cando se conta coas cifras de paro máis altas da UE. Aínda que é unha Feira organizada desde a iniciativa privada, sempre contou coa colaboración das administracións públicas, neste caso o Goberno central e a Xunta. De feito, na última edición de 2009, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente encargouse de sufragar a denominada Conferencia internacional de Ministros de Pesca, achegando máis de 800.000 euros. Por todo o exposto, o Pleno da Deputación de Pontevedra acorda instar ó Goberno do Estado a levar a cabo as xestións e actuacións precisas, conxuntamente coas outras administracións implicadas -Xunta de Galicia e Concello de Vigo- para lograr acordos cos sectores económicos de Galicia, de maneira especial co Comité Executivo organizador da World Fishing Exhibition, para garantir que este evento se poida realizar no ano 2016 na cidade de Vigo.” 8.6460.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- Asuntos fóra da Orde do Día. ¿Hai algún?. Sr. Secretario.- No hay ninguno. Non houbo. b) Parte de información e control: 9.6461.- DAR CONTA DO NÚMERO DE POSTOS DE TRABALLO DE PERSOAL EVENTUAL Sr. Presidente.- Bueno, dar conta do número de postos de traballo de persoal eventual. Dáse conta e queda enterado o Pleno do seguinte informe da Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación: “En cumprimento do previsto no artigo 104 bis da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, en redacción dada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da Administración Local, infórmase ó Pleno da Corporación Provincial que o número de postos de persoal eventual da Deputación é inferior ó establecido no indicado artigo 104 bis, apartado 2 da Lei 27/2013, do 27 de decembro. Ditos postos figuran adscritos ó Gabinete da Presidencia e destínanse ós servizos xerais da Institución, excepto os postos de Coordinador xeral do Centro Príncipe Felipe e de Director de xestión do Museo Provincial que, con carácter funcional, asignáronse a ditos Centros a través da Relación de postos de traballo.” 10.6462.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- E dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Las Resoluciones Presidenciales son del 25 de febrero al 24 de marzo. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 25 de febreiro e 24 de marzo do ano 2014 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial, de data 18 de marzo de 2014, delegando a asistencia da Presidencia á Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas de Xestión do Solo de Galicia, S.A., no deputado D. José Manuel Figueroa Vila. 11.6463.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- E o punto número 11. Rogos e preguntas. ¿Algún rogo?. ¿Algunha pregunta?. Pois non habendo nada máis levántase a sesión. Moitas gracias e moi bos días. Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición