Fondos
2014-11-28_Ordinaria. Acta de sesión 2014-11-28_Ordinaria
Acta de sesión 2014-11-28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.829/3.2014-11-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2014-11-28_Ordinaria
Data(s) 2014-11-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 105 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 28 de novembro do 2014 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e oito de novembro do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten os Sres. Deputados Don José Carlos López Campos (PP) nin Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días, moitas grazas. Vamos a dar comezo a este Pleno ordinario da Corporación Provincial. E, tamén damos a benvida á profesora e alumnos do Centro Concertado das Cancelas das Neves que hoxe nos acompañan. 1.6537.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Vamos a proceder, polo tanto, á aprobación do primeiro punto da Orde do Día, borrador da acta da anterior sesión ordinaria do día 26 de setembro de 2014, que se non hai nada en contra se aproba. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de setembro de 2014. a) Parte resolutiva: 2.6538.- DELEGACIÓN DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CHENLO NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRO NA TESOURERÍA DA ENTIDADE Sr. Presidente.- Punto número 2. Delegación da Entidade local menor de Chenlo na Deputación de Pontevedra, das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na tesourería da entidade. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A xunta veciñal da Entidade Local Menor de Chenlo na sesión que tivo lugar o 13 de outubro de 2014 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería da Entidade Local, asumindo a Deputación Provincial a competencia para ditar os actos correspondentes ás competencias delegadas, incluída a emisión da correspondente providencia de prema, así como os medios de revisión tributarios. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou a Entidade Local Menor de Chenlo na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería da Entidade Local, asumindo a Deputación Provincial a competencia para ditar os actos correspondentes ás competencias delegadas, incluída a emisión da correspondente providencia de prema, así como os medios de revisión tributarios. 2. Esta delegación da Entidade Local Menor de Chenlo será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios, e sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, á Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 03/05/2013, á Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) desta Deputación de Pontevedra, aprobada polo Pleno da Deputación en data 22/02/2013 e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, á normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3. Ambas entidades conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación Provincial. A entidade delegante deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios da entidade e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición da Entidade os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. 4. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio coa Entidade Local Menor de Chenlo así coma os demais documentos que procedan. 5. A delegación efectuada pola Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Chenlo publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.6539.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE MOS NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN, RECADACIÓN E REVISIÓN DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO Sr. Presidente.- Punto número 3. Delegación do concello de Mos na Deputación de Pontevedra das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación e revisión da taxa por recollida de lixo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Mos na sesión que tivo lugar o 25 de setembro de 2014 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión da taxa por recollida de lixo. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou o concello de Mos na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión da taxa por recollida de lixo. 2. Esta delegación do concello de Mos será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios, e sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, á Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 03/05/2013, á Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, á normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3. Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación Provincial. O concello deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios da entidade e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición do concello os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. 4. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Mos, así coma os demais documentos que procedan. 5. Esta delegación efectuada polo concello de Mos publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6540.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS-2015 (PPOS/15) Sr. Presidente.- Punto número 4. Aprobación das bases reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015. Pide a intervención o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Estamos ante as bases dun Plan que ten os seus claroscuros, por un lado, ten uns criterios de reparto obxectivos pero, bueno, que foron variando ó largo do tempo e, como todos os criterios, son discutibles, non hai criterios perfectos, pero, en todo caso, ter esa parte de que o 80% se reparte, en principio, por criterios obxectivos pois é un aspecto que hai que valorar como positivo, pero, sen embargo ten outros aspectos, bueno, a contía total son 12.000.000 a repartir entre todos os concellos da provincia entre 1.000 e 50.000 habitantes, e xa sabemos que Pontevedra e Vigo van, en principio, por outra conta, por convenios específicos. Pero, como dicía, ten os seus aspectos, digamos, negativos, séguese poñendo o 20% por concesión directa, ou sexa, que non hai, o reparto deste Plan ós concellos non vai por criterios obxectivos senón por criterios discrecionais e, incluso, o informe de Intervención, pois creo que é bastante duro neste aspecto. Hai unha práctica de que ese 20% que se reparte por concesión directa, de maneira discrecional, pois non se xustifique, non se motive, non se faga, digamos, comparación con outras peticións que puidera haber, que podería cumprir tan ben ou mellor coas que se conceden, ¿non?, digamos que é un fallo moi grave na Administración tomar resolucións non motivadas, ou sexa, non razoando por que esa parte que se, digamos, que reparte o Presidente, pois o faga desa maneira, ¿non?. E, repito, hai un informe de Intervención, creo que é do día vinte e seis, nas bases non se corrixen, en función do que Intervención informa, e que, por outro lado, foi unha demanda histórica da oposición nesta Deputación que se fixera así. E, a maiores hai unha, digamos, está na cláusula terceira e quinta, hai unhas determinacións dentro destas bases que son, cando menos, moi discutíbeis, porque priman, no reparto deses 2.400.000 de libre disposición do Presidente, priman dunha maneira, bueno, non cuantificada, primeiro priman; segundo, de maneira non cuantificada, ós concellos que teñan, que estean incorporados ós Plans ou ós Servizos que preste a Deputación, non parece unha cláusula razoábel ¿non?. Os concellos adheriranse ós plans ou ós servizos que presta esta Deputación, sexa o do ORAL sexa o da Recollida de residuos sólidos urbanos ou sexan outro tipo de servizos que poida prestar de maneira mancomunada esta Deputación, pois, adheriranse se realmente se prestan ben, se prestan dunha maneira moi eficiente e, os concellos valorarán se esa, digamos, adherirse, delegar na Deputación a prestación destes servizos, pois lle é máis rendíbel ós seus veciños e veciñas ou non. E, con estas bases o que estamos é coaccionando ós concellos para que se teñan que incorporar obrigatoriamente, incluso, en casos en que poida ir en contra da eficiencia do servizo, pois, a sumarse, a incorporarse, ceder a prestación dese servizo nunha Deputación. Non parece razoable, máxime cando hai casos, incluso, no que pode haber vontade, se cadra, pero está, se cadra, pois o de lixo, está privatizado e cun contrato a moitos anos e non pode facelo, entón, que por iso, por iso, teña que saír penalizado no reparto destes fondos non parece razoable, desde logo. Isto é o que temos que dicir, cremos que é un erro, tanto non poñer unhas condicións máis esixentes que garantan a obxectividade do reparto dese 20% como o de obrigar ou poñer cláusulas que obriguen ós concellos a incorporarse ós servizos e que preste a Deputación que, en principio, debe ser voluntario e non poñer medidas como estas que son, en certo modo, coactivas, ou sexa, son de, se vostede non se incorpora, pois vai ter menos posibilidades á hora de conseguir financiamento. Sr. Presidente.- Sr. Cacabelos. Grazas Sr. Mosquera. Sr. Cacabelos Rico.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Tratamos neste punto, como ben se acaba de referir, a aprobación do Plan Provincial de Obras e Servizos, proxecto e plan que os socialistas aplaudimos porque defendemos o gasto público como un dos motores da economía, como activador da demanda e, polo tanto, temos que saudar e aplaudir positivamente que se poñan á dispoñibilidade dos concellos e das Administracións, neste caso dos concellos, municipios, 12.000.000€. Ademais aplaudimos esta iniciativa porque é unha copia boa do que foi o “Plan E” do Goberno Socialista, que o Partido Popular moito criticou pero que, desde logo, agora acepta e pon en marcha e toma en consideración. “Plan E” moi criticado por todos e polo Partido Popular pero que todos os alcaldes e alcaldesas dese partido tiveron a ben en poñer en marcha, a diferenza é que como agora o pon en marcha o Partido Popular, pois agora é bo, o de Zapatero era malo pero este é bo. De calquera xeito, si que aplaudimos esta proposta, ademais, aínda que tarde, porque a tozudez, ás veces, do Presidente da Deputación, lle leva a estas situacións, tamén, outra cousa positiva que ten este Plan é que os cartos que se poñen a disposición dos concellos van a poder ser xestionados por primeira vez polos propios concellos, cuestión que nós vimos defendendo desde fai moito tempo. E é de aplaudir tamén que o Presidente da Deputación entenda que os alcaldes e alcaldesas son todos maiores de idade e teñen capacidade de tomar decisións e teñen a capacidade de levar adiante estes proxectos. Adícanse, ademais, este plan, adícanse as diferentes propostas de gasto, tanto a inversión pública directa como a sufragar determinados gastos correntes e, incluso, amortizar débeda, cuestión que aínda que non é o obxectivo do debate de hoxe, si poderíamos e sería moi bo que todos empezaramos a reflexionar sobre o financiamento dos concellos, pero iso será cuestión á parte. Polo tanto, dúas cuestións positivas, o “Plan E” da Deputación que se pon en marcha, que sexan os concellos os que xestionen e traballen as súas propias inversións e decidan os seus propios proxectos, os xestionen e os adxudiquen, pero como aspectos non tan positivos e case negativos, apreciamos os “tics do louzanismo” nesta proposta, como é a reserva do 20% do importe total, que son 2,4 millóns de euros que, como ben se recolle, é de libre disposición e de concesión directa, é dicir, a decisión totalmente subxectiva do Presidente da Deputación. Non se establece ningún criterio de reparto, non se lle recolle ningún criterio obxectivo e, polo tanto, son 2,4 millóns que o Presidente decidirá a quen se lle vai a conceder, a que concello se lle vai a conceder. Tampouco temos que facer moito esforzo para saber e para anticipar que o destino deses cartos van a ter un color determinado de concellos, claramente presididos por alcaldes e alcaldesas do Partido Popular. Pero é que ademais, como se comentaba, hai unha cuestión que se recolle nas bases que deixa unha certa preocupación porque é que todos aqueles concellos que se adhiran ós Plans provinciais de xestión de servizos públicos terán unha especial valoración e, desde logo iso, bueno, pois é algo que non podemos compartir porque nada máis lonxe da obxectividade, unha especial valoración, pero non se di ¿cal vai a ser esa valoración?, ¿cal van a ser eses criterios para o reparto deses cartos?. Parece ser que é unha fórmula para conseguir que outros proxectos como é o Proxecto da recollida do lixo, pois, teña máis participación de concellos da que hoxe ten. En calquera caso, como dicía ó principio, si aplaudimos estas decisións, si aplaudimos que se poña á dispoñibilidade dos concellos e que sexan os propios concellos quen xestionen estes cartos, que se poñan neste investimento, porque nós defendemos este tipo de políticas de gasto público e, ademais, nos tempos que corren, pensamos que é unha forma de reactivar a economía que segue bastante estancada. De feito, xa estamos a comprobar como en diferentes ámbitos, concretamente, na Unión Europea xa se está plasmando pois diferentes propostas por estas liñas. Así pois, dicirlle que o Grupo Provincial Socialista vai apoiar este punto, pero si que queremos deixar constancia da crítica de que non acabamos de entender por que non se pon o cen por cen dos cartos a dispoñibilidade dos concellos e se fai esta reserva moi subxectiva do 20% para o Presidente da Deputación. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Cacabelos. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días a todos e a todas. É certo que vamos a facer… Nestes intres, sendo as once horas e vinte minutos, interrompe o Pleno e intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a ver, pola información que nos consta, creo que se presentou pola vosa parte unha querella que non foi admitida a trámite, co cal, porque eu, unha vez que nos comunica a posibilidade de que falemos deste asunto, senón foi admitida a trámite pois non é fácil que nós poidamos, dalgunha maneira, buscar algunha vía de colaboración para iso. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Non, non, eu non escapo por ningunhas ramas. Vale. Vale. Bueno, eu, non, non, eu non digo o contrario. Eu estou dicindo que hai unha realidade e a realidade é que se presentou unha documentación, que esta querella non foi admitida a trámite, certo é que falaramos en varias ocasións que habería que crear un colectivo para poder recibir algunha axuda desta institución e, en todo caso, eu o que propoño é que se reúnan os tres portavoces dos grupos aquí representados e que aborden este tema e, na mesma liña de consideración que se adoptou naquel momento, a pesares de que, como digo, a tramitación desta querella non é admitida a trámite, agora está a expensas de que ese recurso de apelación pois poida volver a admitila ou non, que se valore e que se senten contigo e a partir de aí pois tomar unha decisión. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Non. Vale, bueno. Non. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- É que se trata ademais dunha causa excepcional, como comprenderás, eu non digo, si, non, non, non home non. Si, pero digo causa excepcional, causa excepcional que se pida a esta administración que financie ese tema, é unha causa excepcional, polo tanto, como excepcional que é, pois se sentan os portavoces e sempre que nos chamamos pois falamos creo que amplamente deste asunto e, polo tanto, pois eu creo que esa é un pouco a … Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Parece ser que o van a facer, parece ser que o van a facer. Pero non por vós, por outras actuacións que se levaron a cabo. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Vamos a ver, esta cuestión, aí está, como tes nese documento José Manuel, e está perfectamente claro, outra cousa é que tamén hai unha realidade evidente, que foi presentada unha querella e non foi admitida a trámite, tamén é unha realidade evidente, ¿ou non?. Vale, entón, … Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Pero, José Manuel, eu digo como se fai habitualmente nesas negociacións, esas negociacións cando se fan cun bufete de avogados, como ti ben dis, pois habitualmente se di, bueno, mire, nós vamos a negociar con vostede o seguinte, se isto é admitido a trámite, evidentemente, pois imos a buscar a fórmula de compensación económica das partes, habitualmente se fai así, porque aquí todo o mundo está para asumir riscos, e nós non vamos a asumir riscos de presentar un documento que ó final, evidentemente, o percorrido ¿cal foi?, ningún, porque se presentou e acabou en ningunha parte. Digo eu, hai un recurso. Vale. Si, si, si. Ben, entón esa é un pouco a nosa postura, vamos a escoitar ó Sr. Mosquera, por favor. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, é que esta discusión, francamente, parece un tanto kafkiana. Sr. Presidente.- Non, Sr. Mosquera, isto, estamos facendo un relato de feitos, pero non poñamos as cousas fóra de contexto. Sr. Mosquera Lorenzo.- Un momento, un momento. A ver, aquí afortunadamente hai xente que sabe como se xestionan as cousas, dígoo porque teñen responsabilidades nos seus concellos ou na Deputación. Se hai algunha dificultade coa cuestión formal de que é unha axuda a un pleito, pois non hai ningunha dificultade para, como colectivo agora organizado, pois darlle unha subvención para as súas actividades. E despois que o dediquen ó pleito ou que o dediquen ó que lle pareza ben. E problema arranxado. Sr. Presidente.- Xa, pero eles o querían especificamente para unha cuestión. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, pero, e se non pode ser esa pois para outro asunto, eles o que queren é que se lle axude, pois axúdeselle e punto, a forma búscase. Xa sabemos que hai trabas legais e contra legais e todas as que queiran, pero todos sabemos como se arranxa, oe, todos sabemos, entón arránxese e punto. Porque aparece unha discusión sobre a forma que ó final ten que ser o Secretario ou Interventor o que diga se se admitiu ou non se admitiu, agora, mire, pois vai por actividades, a cantas asociacións aquí se lles dá para as súas actividades, pois que xustifiquen e punto. Sr. Presidente.- Non, non. Sr. Mosquera, se nese fondo estamos de acordo, pero despois, o que está pasando agora que pode pasar despois é, non, a min ó final me destes unha axuda e a aportación que damos para a xustificación e despois ó final non reciben ese diñeiro. E é preferible non enganar antes porque se enganamos antes e despois me di, non, mire é que eu non o podo xustificar doutra maneira, despois vén Intervención e di que non lle paga e despois que lle digo, non, oe, vai alí a falar con señor tal, é que, creo que neste tema, como é un tema ademais que, bueno, pois é de todos coñecido, fagamos as cousas ben, no sentido de que non lle creemos un problema nin unha expectativa falsa. Por iso que, dalgunha maneira esta era a realidade do que hai neste momento, el levou unha negociación, que me parece razoable, eu ó mellor a houbera levado doutra maneira, non, porque cando acudes a un bufete de avogados existe esa posibilidade, oe, vamos a emprender este tema se sae ben, pois, oe, pois se vai ir adiante aquí vamos a facernos responsables e nós tamén, porque así o dixemos aí nese documento, pero houbo un paso previo que non posibilitou, dalgunha maneira, que fora admitida a trámite, ¿non?, vamos a ver que sae do recurso, en todo caso esa é a realidade. Bueno, pois vamos a, non sei, ou se se queren sentar os Portavoces e tomar unha decisión ó respecto pois perfecto, pero eu, as cousas fagámolas ben porque despois el vai a vir aquí coa factura e vaille dicir, oe, non, é que non ma puidestes pagar, porque el, claro, a actividade que ten este colectivo é unha actividade moi concreta, a actividade é esta, responder, a ver, José Manuel. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Xa. Sen dúbida. Xa o falamos. Si. Non, non, aquí non hai que ir a ningún despacho que é unha cuestión transparente. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, bos días a todos. Dende o Grupo Provincial Socialista sempre tivemos moi claro que había que facer e ter sempre un compromiso e un respaldo a todas as persoas que foron enganadas, timadas, coas preferentes e as subordinadas. Xa vemos como algúns grandes empresarios que investiron, tamén nese banco, din que foron enganados, imaxínense cos equipos que teñen para poder decidir cal é unha boa inversión ou non, o que podía pasarlle a estas persoas, aforradores honrados, que foron enganados e timados. Polo tanto, dende o Partido Socialista sempre os apoiamos, os apoiamos neste Pleno, noutros Plenos, e tamén, e tamén, alí onde nós gobernamos tamén houbo apoios doutro tipo. E o que hoxe se sustancia aquí, como moi ben di o seu Portavoz, eu quero, por iso quería deixar claro, primeiro, o noso apoio e respaldo, non, ademais o digo claramente, hai cinco ou seis empresarios que agora teñen denunciado ó Sr. Castellanos, porque os enganou, porque investiron aí nestas caixas, é a oportunidade que teño, fíxese, estes aforradores cos seus equipos de economistas diante para poder investir os seus aforros, ¿verdade?. Polo tanto, cada día que pasa vemos que tiñan máis razón e teñen máis razón nas súas reivindicacións. Pero o que hoxe nos trae aquí é de que, como ben dicía o seu Portavoz, non tiveron resposta, e a min me consta, me consta, que nos días anteriores á celebración deste Pleno fixeron chegar á Deputación a súa reivindicación de que non foran atendidos e nin sequera que lles habían contestado. Polo tanto, hoxe está máis que lexitimamente xustificado que veñan aquí, cando non hai unha resposta teñen que vir aquí a buscar esa resposta. E eu o que digo é que se houbo un compromiso do goberno da Deputación. ou do Pleno, ou da Moción, que se faga efectivo ese compromiso da forma legal, evidentemente, de forma legal, non pode ser doutra maneira, pero que se faga efectivo ese compromiso. E digo que o Portavoz hoxe está aquí, eu creo que non tiña ningunha gaña de vir ata aquí, pero fíxoo nos días anteriores á celebración deste Pleno, reitero, fíxoo chegar, de que el senón era, polo menos senón tiña unha resposta, que viría a este Pleno, e bueno, neste dereito e como non tivo a resposta aquí está. Eu creo que se busquen as fórmulas legais, legais, de que sexa atendido o compromiso que se adquiriu cos preferentistas. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, eu creo que nadie dubida do apoio que o noso grupo antes, agora, segue prestando ós preferentistas, a todos. A min o que me doe de todo isto é, non o representante que está aquí, que ó final está loitando por unha causa xusta no seu concepto e no fondo, pero me molesta a forma de certos grupos políticos, que tiraron a pedra, esconderon a man, intentaron que non se resolvera o problema, e cando agora está maioritariamente resolto parece que son os salvadores da patria. Nós neste tema fixemos, eu creo que a nivel de partido, de grupo, de institucións, de persoas, e se lle falamos concretamente desta casa, o Presidente noso se puxo sempre ó fronte, ó fronte de calquera reivindicación coas nosas institucións, chámese Xunta, Goberno de España, actuacións ante os responsables da Caixa naquel momento e do Banco despois. E creo que gracias a todo iso se conseguiu un obxectivo, que a maioría, a maioría, unha maioría moi moi grande, moi grande, resolveu os seus problemas. É certo que quedan cuestións puntuais, é certo que quedan cuestións puntuais, pero eu creo que tamén é inxusto que aqueles que traballaron ou que traballamos porque isto se resolverá pois parece que agora, pois, aquela cantidade, non sei se eran 50.000 persoas, é que xa nin recordo, 50.000 ou 60.000 persoas que estaban cun problema, á maioría se lle resolveu, e iso parece que quedou no olvido, se resolveron non sei cantos millóns de euros e quedou no olvido, é dicir, os culpables parece que son os que nunca tiveron a responsabilidade de actuar. E eu creo que iso, eu creo que tamén hai que poñelo enriba da mesa, José Manuel, creo que, podo dirixirme a ti persoalmente porque sempre recibiche un trato exquisito desta casa, tanto a nivel individual, polo menos do noso grupo, como a nivel do propio Presidente. É certo que ti segues loitando por unha causa, segues loitando, pero tamén che pido unha cousa, que sexas razoable e que sexas xusto co traballo que fixo cada quen. E ti o sabes, ti e todos os preferentistas sabedes o traballo que fixeron cada un, que fixemos cada un e o apoio que prestamos. É certo que ti tamén tiveches un espírito de colaboración, non coma outros, é certo, eu tamén o teño que dicir publicamente. Pero, hai unha cuestión que está clara, se está pedindo algo que pode ser ilegal, a min o que di o Sr. Mosquera, aprobemos isto, despois deamos unha subvención non sei por onde e a ver como o arranxamos. Home, se está dicindo publicamente, fágase unha actuación ilegal, é o que dixo o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Fóiseche un pouquiño a … fóiseche. Sr. Figueroa Vila.- Non, non se me foi, non se me foi. Vostede dixo que se podía tramitar por unha subvención ou non subvención ou deixar de subvencionar. Nós estamos dispostos a axudar, pero o que non estamos dispostos tampouco é a aguantar as críticas cando nós fixemos un traballo creo que excepcional, excepcional, nadie contaba que o resultado fora o que foi, e levamos moitos meses calados con este tema, sen facer roldas de prensa, sen facer comentarios en ningún tipo de emisora nin de radio nin de medio de comunicación, é dicir, ¿se resolveron o problema da maioría?, vale, ¿hai problemas puntuais que quedaron sen resolver e hai que resolvelos?, vale, ¿se quere ir máis alá cunha querella?, vale. Pero todo ten un límite e nós, como dixo o Presidente, estamos dispostos a sentarnos os tres grupos e a buscar unha solución, creo que se ese é o obxectivo, buscar a solución, José Manuel, que nos sentemos os tres grupos, se ese non é o obxectivo teu senón saír mañá nunha foto, non estamos de acordo. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Claro, vamos, a pregunta tamén é ¿cantas administracións colaboraron contigo para isto en concreto?, porque, falar é moi fácil pero dar trigo me parece a min que é outra cousa. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- ¿E o concello contestou?. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- ¡Ah!, ou sexa que estamos na mesma situación, ¿non?. Porque dicía o Sr. Santos que, claro, que non se lle dá resposta, e resulta que claro, se estamos implicados na mesma situación. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Non, dou resposta pero de momento non tes comunicación ningunha de ningunha axuda do concello de Vigo. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Bueno, vale, pois eu quería aclarar iso porque, dalgunha maneira, dicía o Sr. Santos, non, non recibe resposta, dende aquí, José Manuel, cando chamou, máis cedo ou máis tarde eu sempre lle respondín, mandou un escrito o outro día, certo é, e como ía ir ó Pleno pois aquí estamos, e estamos dándolle audiencia para que el fale, expoña e todo o demais. Polo tanto, claro, como todos temos responsabilidades, hai algúns que teñen responsabilidades tamén noutras institucións, incluso cun presuposto maior que o que ten a propia Deputación. Pero bueno, eu creo que o que vamos a facer é que os propios Portavoces tomen en consideración este tema, creo que José Manuel xa no seu día falara dunha cifra próxima, que xa digo, eu houbera entablado, probablemente, outra negociación con calquera bufete de avogados nese sentido, porque aquí o que queira traballar hai que asumir riscos, bueno, pois asumimos riscos, oe, pois vamos alá con este tema. En todo caso, pois dicirlle, oe, mira, se a cousa … Non, non sei, pero digo eu, oe … dicirlle, oe, mira, pois se isto vai adiante, evidentemente, aquí temos o respaldo das administracións que nos van a dar unha xuda para emprender este tema e máis sairá ben e nos repercutirá na solvencia e na resolución deste asunto. En todo caso, creo que se falaba de entre 3.000 e 4.000 euros, polo que eu teño aquí na información, como eu sabía que … Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Bueno, pois vamos a falar entre os Portavoces, supoño que nesa mesma, salvando esta cuestión, eu digo, salvando esa cuestión de que non foi admitida a trámite, pero, entendo que se hai xa uns gastos previos feitos, non se fixo a negociación, que eu entendín que ó mellor pódese haber feito por aí, haberlle dito que se realmente se admite a trámite pois, a partir de aí, empezaría a contar un contrato co colectivo, pois que busquemos esa solución e se trasladará tamén ós Portavoces se estamos de acordo, e despois buscarlle a solución xurídica para que poidamos dar esta axuda e pagar iso. Entón, eu lle emprazo a que nun período dunha semana a quince días darlle unha resposta a este asunto. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Xa, pero eu digo o que pasa na realidade, eu non sei, vale, vale, eu digo … Sr. Mosquera Lorenzo.- Mira, Xosé Manuel, iso si que xuridicamente sería moito máis difícil que o que estamos propoñendo, moitísimo máis. Xa. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Non home non, vale, vale, xa está, é o que digo, queda acordado, nunha semana, quince días, terás unha resposta nosa, porque se lle vai comunicar tamén … Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Iso xa figura declarado así nun acordo do Parlamento de Galicia, creo, si, si, e se fixo unha modificación ademais nos Estatutos de Afundación, se mal non recordo, para, si, en principio corresponde a Galicia. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- En firme, vamos, tería que repasar agora como está o acordo, pero se fixo unha modificación nos Estatutos, precisamente, de Afundación para que iso fora admitido como tal e se levou ó Parlamento de Galicia, quero recordar, porque sería inxusto, como ti ben dis, que dalgunha maneira iso algún día se puidera marchar de aquí, eu creo que iso está, repasarei e preguntarei, pero creo que está claro iso. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Xa, pero iso, vale, vale, eu admítoo como tal, eu digo que chamei ó Subdelegado do Goberno, falouse co Delegado do Goberno en Galicia, que houbera a sensibilización necesaria, pero houbo unha serie de axentes que firmaron e que non están dispostos, evidentemente, a retirar esa denuncia, iso foi o que se me dixo a min e, polo tanto o trámite foi ata aí. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Eu non sei. Intervén o representante da plataforma en defensa dos afectados polas participacións preferentes, José Manuel Estévez Rodríguez. Sr. Presidente.- Gracias a ti José Manuel. Si, quedo encargado de que nunha semana, quince días, darche resposta á documentación e se hai que aportar máis documentación tamén dicircho. Gracias. Sr. Figueroa, estaba no uso da palabra. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, estábamos no punto de aprobación das bases reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos e, bueno, polo que vemos, os grupos están de acordo, o único, o Sr. Cacabelos, que esta non é unha novidade, que xa levamos dous anos, non sei ata se tres, creo, con este sistema de que se traslade o diñeiro ós concellos para que eles fagan as propias obras, polo tanto, ten aí un pequeno erro, llo digo para que non se equivoque, ¿non?. Con respecto ó Plan, o importante, que debería de ser o titular pero, é que claro, que ás veces, todos queren desvirtuar a realidade e que hai 12.000.000€ destinados a concellos, que deses 12.000.000€ hai oitenta que están con criterios claros de obxectividade e demais marcados e os vinte restantes tamén, porque están sempre motivados, xustificados e razoados cando se tramitan, é dicir, e cando se conceden, polo tanto, é normal que nunha Institución como esta, con todas as dificultades que pode ter cando hai temas de temporais, cando hai emerxencias, cando hai situacións extremas, é lóxico, é lóxico que teña que haber unha partida para tomar esas decisións puntuais e, por exemplo, cando foron as últimas riadas e as últimas inclemencias que tivemos, loxicamente, hai uns custos, e eses custos, loxicamente, hai que sacalos dalgún lado e esa é a cuestión e ademais, vostedes saben perfectamente a onde se destinan eses cartos e son cartos que están totalmente xustificados, obxectivados, razoados e que están, eu creo que incluso máis, ás veces, que os propios 80% restantes que van por criterios que ás veces, bueno, pois pode haber incluso interpretacións. Polo tanto, nós pedimos o voto a favor deste Plan e, creo que o importante de todo é que, unha vez máis, esta Deputación destina 12.000.000€ ós concellos, é certo que están Pontevedra e Vigo fóra, pero xa falaremos disto no Presuposto, porque Vigo e Pontevedra teñen as súas condicións especiais e creo que se vai a demostrar, claramente, cando fagamos o debate do Presuposto que hai unhas cantidades importantes destinadas ás dúas cidades. Polo tanto, se está cumprindo o obxectivo fundamental de atención ós concellos e con estes 12.000.000€, e ese 20% tamén está xustificado, non xere ningún tipo de dúbida, porque senón están mal interpretando ou están intentando manipular, e iso non é bo tampouco, porque ó final ese 20% está perfectamente xustificado, razoado, intervido e garantizado polos servizos desta casa. Sr. Presidente.- Moitas grazas Sr. Figueroa. Vamos a proceder, entonces a, ¿votamos xa?. A ver, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, pedía a palabra, pero se queremos axilizar porque vamos xa alongados. Home, é que o Sr. Figueroa é un incendiario, ¿verdade?, porque querer confundir que é o 20% para os concellos, que estamos falando dun Plan que se lle mandan cartos, se reparten entre os concellos para as súas necesidades, entón, querer confundir con que se cando hai temporais, temporais houbo en moitos concellos e o 20% non dá para todos, ou sexa, confundir, que deixou deslizar que parece que eran urxencias da Deputación, que se lle estropea unha vía ou o que sexa, ¿non?, querer confundir iso, de verdade, non ten ningún sentido, é dicir, aquí hai, o propio Interventor o advirte, o advirte, iso de motivos de urxencia e non sei que, bueno, iso é un plan, para iso se hai algún problema dese tipo hai figuras, hai as de emerxencia, as axudas de emerxencia ou tramitadas por emerxencia e houbo anos que non houbo nada diso e repartíronse. Sr. Figueroa Vila.- ¿Como que non houbo nada? Sr. Mosquera Lorenzo.- Houbo anos que non houbo temporais. Todos os anos hai, ou sexa, xa está previsto para este. Sr. Figueroa Vila.- Debe de vivir en Canarias, vostede. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, home si, hai tres anos que o hai pero antes existiron, existiron. Sr. Figueroa Vila.- Sempre existiu o 20%. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, non é, quero dicir, todos sabemos que non é esa a vía. E a outra parte da cuestión do, vamos, de primar ós concellos que estean incorporados ó, non dixo nada, me parece, ou sexa que, mire, como o Pleno vai moi para largo e demais, como non tiveron a ben discutir isto con calma antes, en fin, só dicirlle un pequeno, digamos … Sr. Figueroa Vila.- Chascarrillo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non sei, é unha cuestión temporal, é unha cuestión temporal, ou sexa, hoxe veñen os Orzamentos nos que se dotan os 12.000.000 millóns e xa veñen as bases para que estas obras, pois a maioría dos concellos, todos, pero a maioría que gobernan vostedes, poidan lucir estas obras antes das eleccións municipais. Normalmente isto viña no Pleno de xaneiro, senón me falla a memoria, estas bases viñan no Pleno de xaneiro, case sempre, sempre, hai dous anos para executalos, ou sexa que é unha cuestión con calma. Este ano déronse unha présa, igual esa présa non permite poder analizar con calma, incluso incorporar modificacións … Sr. Figueroa Vila.- Houbo plans de tres anos, Sr. Mosquera, houbo plans de tres anos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Incorporar modificacións para que puidera saír por unanimidade. Nós así non o podemos votar a favor. Sr. Presidente.- Ben, bueno, dalgunha maneira, Sr. Mosquera, bueno, eu creo que é rizar un pouco rizo e, concretamente, iso de libre disposición, nalgunha das últimas ocasións, que eu recordo, a cantidade maior levouna, concretamente, o concello de Pontevedra, polo tanto, hai para todos, ou sexa, que non hai ningún problema e vostede sabe, ademais, que foi así, polo tanto, non. E o tema que se poñía, que eu creo que debería, e vostede teno dito algunha vez, o que pasa que ultimamente non o recordo, pero que se debería primar o esforzo fiscal, por exemplo, dos concellos, por exemplo, ¿non?, bueno, pois, e teno dito, nós, se se quixo poñer esa “coletilla”, era un pouco, pois tamén, na consideración de que agora, por exemplo, se vai poñer en marcha un servizo que vai a custar máis porque, e sobre todo vai a custar máis á Deputación, especialmente, porque non houbo toda a solidariedade que debería haber por parte dalgúns concellos que poderían haberse adherido e non se adheriron, en certa maneira a ese Plan. É como o tema do ORAL, claro, vostede ve que aquí todos os días veñen acordos de adhesións de novos tributos dos concellos ó ORAL, ¿por que?, porque está funcionando ben, senón, igual que pasa coa Canceira, a Canceira, ¿quen asume o gasto?, a Deputación, cada día, agora, creo que estamos cerca xa dos sesenta municipios, bueno, excepto os grandes que teñen tal, estamos cada día ó completo, claro, entón, ¿que pasa?, e vostede entenderá, como responsable desta casa tamén, porque forma parte da Corporación, de que haberá que defender tamén os intereses desta casa, non estar só para o bo e para o malo, bueno, deixa aí, ou para o malo ou para o intermedio, porque claro, se houbera, en vez de haber vinte e un concellos para o plan que se vai a poñer en marcha, houbera corenta, houbera corenta, pois, o custo para o cidadán, para a Deputación e para os concellos sería ben distinto e, polo tanto, é unha cuestión, case, de puro sentido común, non é máis, nin máis nin menos e, polo tanto, eu creo que no fondo vostede e creo que os que estamos aquí, estaríamos de acordo porque aquí, estamos tamén para defender os intereses desta casa e por iso se lle poñía, dalgunha maneira, esa “coletilla”, de que, vamos a facer un esforzo, vamos a ser solidarios e non insolidarios, oe, pois agora mesmo estou facendo eu un servizo pero se o facemos de xeito global, pois se entende que o custo vai a ser moito menor e, polo tanto, bueno, eu creo que nesa liña de consideración, por iso quero aclaralo eu aquí, pois, era o que nós, dalgunha maneira lle propoñiamos, porque poñer en marcha ese servizo, por exemplo, o da Canceira provincial, pois non é unha cuestión menor, é unha cuestión que ten un custo, é unha cuestión que ten complexidade e hai que ter moita vontade política e iniciativa para levalos a cabo, que iso non nace da noite para a mañá así por obra y gracia de ninguén senón que nace porque se traballou e todo iso, pero aínda así, xa digo, podía haber, e digo, de todos as cores políticas, non digo só do Partido Popular, podía haber, probablemente, un maior grado de solidariedade dos concellos para que esas cousas se levaran de maneira global e, xa poño exemplos, ORAL, cada día máis, cada día os concellos delegan máis competencias no ORAL, ¿por que?, porque está funcionando ben. ¿A Canceira?, cada día son máis concellos que se adhiren á Canceira, ¿por que?, porque está funcionando ben, e claro, se está funcionando ben e lle aforra cartos, fantástico. No outro, que cremos todos que lle vai aforrar cartos tamén, pero, por se acaso, vamos deixarnos quedar aí, ¿non?. Por iso que, eu creo que era necesaria esta importante aclaración. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente non fai falta que a nós nos diga nin a este Portavoz nin ó Grupo, nos diga iso, creo que a proposta de facer servizos mancomunados ou provinciais, como se lle queira chamar, creo que senón saíu deste Grupo non andou lonxe, ¿non?, ou sexa, cando foi o dos coches abandonados e, incluso, deron unha serie deles que pouco foi, estamos totalmente de acordo, porque non ten, o da canceira é unha tolería, é dicir que cada concello de 5.000-20.000 teña unha canceira, vamos, ou sexa, vai gastar máis na canceira do que gastan en asuntos sociais, un disparate, ¿non?. O normal é facelo colectivamente, unha recollida, iso, sabe que conta co noso apoio pero que eu saiba, neste Orzamento van algúns millóns de euros para o Plan de, para a recollida de lixo … Sr. Presidente.- Si, claro. Sr. Mosquera Lorenzo.- … Para a recollida de residuos sólidos urbanos, vale, entón, poñelo como un instrumento punitivo e díxeno antes, que vai ter primacía cando, se cadra, hai concellos que teñen un contrato e non poden incorporarse. Sr. Presidente.- Non, pero a ese xa non me refería. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, pero claro, pero o problema é que as bases son as que son, vale, entón, e creo que, ¿que se pode corrixir aí?, se se poñen 2.000.000 para o servizo, ¿que se pode corrixir deses 2,4 millóns deste Plan de doce que, bueno, que ó final está, que a ver … Sr. Presidente.- Non, pero non é tanto corrixir senón é dicir que sexan solidarios … Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, pois entonces, quíteos. Sr. Presidente.- … Senón non se poderían levar a cabo, porque se en vez haber vinte e un houbera dez xa non podíamos arrancar. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, pero entón quítese, entón quítese. Sr. Presidente.- Non, home non, pero non é non quitar, hai que tamén estimular, estimular a aqueles que fan un esforzo e que din, “oe, pois mire, voume asociar”, e hai algúns que gañan máis e outros que gañan menos nesta posibilidade pero gañan todos, en definitiva, pero bueno, eu creo que estamos na boa dirección, nese sentido, ¿non?, polo tanto, queda aclarado. Vamos, polo tanto, á aprobación das bases reguladoras deste Plan Provincial de Obras e Servizos para o ano 2015 que se pon en marcha de maneira inmediata e que vén a axudar ós concellos a programar, sobre todo, as inversións, xa que están coa elaboración do presuposto, a programar as inversións para o ano 2015, que espero que sexan, como digo, para cuestións prioritarias, que creo que iso era o importante, que permita programar con tempo anticipado esta cuestión. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta das Bases reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos para o ano 2015 (PPOS/15); vista toda a documentación relativa ó citado plan que obra no expediente; vistos os informes da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial; e visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno da Corporación Provincial acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: 1. Aprobar, condicionadas á existencia de crédito suficiente logo da aprobación definitiva do Orzamento para o ano 2015 e á súa entrada en vigor, as Bases Reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015, cuxo teor literal di como segue: “BASES REGULADORAS DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 O Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (en adiante PPOS/2015) é un plan propio da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2015 que se elabora no marco do previsto no artigo 36.2.a da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, tendo en conta as modificacións introducidas pola Lei 27/2013, e nos artigos 32 e 33 do RDL 781/86, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, no que se regula a obriga das deputacións provinciais de aprobar anualmente un plan de cooperación cos concellos propios da provincia. O PPOS/15 elabórase nun momento de cambio do ciclo económico no que a Deputación quere colaborar cos concellos na prestación dos servizos públicos segundo a súa poboación. Trátase, polo tanto, de garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipal, asegurando para o conxunto dos veciños unha prestación axeitada e íntegra dos servizos de competencia municipal, pero desde a base dunha maior eficacia, eficiencia e coordinación tal e como se dispón na Lei 7/85, de 2 de abril. O cambio do ciclo supuxo, entre outros aspectos, unha importante redución dos recursos económicos dos concellos, que nalgúns casos teñen serias dificultades para atender ós seus gastos correntes. Por iso a finalidade do PPOS/15 é dobre: en primeiro lugar contribuír á realización dos investimentos necesarios para a efectiva prestación dos servizos municipais, e en segundo lugar axudar ó financiamento do gasto corrente no que incorren os concellos na súa actividade como xestores públicos; de feito, os concellos que se acollan a este programa de axudas poderán destinar ata o 30% da subvención concedida á amortización anticipada da súa débeda financeira e ó financiamento do gasto corrente. Por último, en congruencia co principio de autonomía municipal consagrado nos artigos 137 e 140 da Constitución, e que a Deputación de Pontevedra promove nos límites das súas propias competencias, e en aras dunha maior axilidade e eficacia na execución das obras e sempre dentro da cobertura de legalidade que contén a normativa legal aplicable, delégase a contratación dos investimentos nos Concellos. En todo caso, corresponderalle á institución provincial, previa solicitude, a contratación dos investimentos daquelas entidades que carezan de capacidade de xestión e medios técnicos para asumila. En relación ó exposto confecciónanse as seguintes bases reguladoras: Primeira. Obxecto. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para financiar a realización de investimentos e gastos correntes das entidades locais da provincia. As propostas estarán relacionadas coas materias que os municipios han de exercer como competencias propias ou, en todo caso, atribuídas por delegación segundo o disposto no artigo 7 da Lei 7/85, reguladora das bases do réxime local, na redacción dada pola 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local; ademais, terase en conta a viabilidade futura do investimento, en función dos gastos correntes de funcionamento que poida xerar e dos posibles ingresos que se poidan obter, coa finalidade de conseguir así unha maior rendibilidade social das obras que se executen. Por iso, se algún proxecto non se axustase ó obxecto destas bases a Deputación poderao rexeitar, acordando neste caso co concello un novo proxecto para realizar. As axudas deste plan poderán destinarse a: 1. Investimentos que executará o concello: - Financiados na súa integridade pola institución provincial. - Confinanciados entre o propio concello, a Deputación e/ou outra Administración. 2. Amortización do endebedamento con entidades financeiras. 3. Pagamento de débedas a acredores de investimentos. 4. Débeda do Estado. 5. Gastos correntes e gasto corrente novo: luz, auga, electricidade, recollida de residuos e, excepcionalmente, outro tipo de gastos correntes. Poderase destinar ata o 30% do que lle corresponde a cada concello no plan, unha vez compensadas as débedas, para os puntos 2, 3, 4 e 5. Excepcionalmente poderanse destinar as subvencións a outras situacións problemáticas debidamente motivadas. Non se subvencionará a adquisición de terreos e demais bens inmobles, nin tampouco os intereses que se poidan derivar dos puntos 2 ó 4. Segunda. Natureza xurídica. As axudas que se concedan ó abeiro desta convocatoria teñen a natureza xurídica de subvencións, de acordo cos criterios establecidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Terceira. Beneficiarios. Poderán solicitar as axudas reguladas nesta convocatoria por concorrencia competitiva os concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de dereito de entre 1.000 e 50.000 habitantes, segundo a correspondente certificación expedida polo Instituto Nacional de Estatística (INE) referida á última actualización do censo, que desexen acollerse a este plan e que non se atopen incursos nas causas de prohibición para obteren a condición de beneficiarios establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro. Todas as entidades locais da provincia de ata 50.000 habitantes que o soliciten poderán optar á concesión directa de axudas. Neste caso primaranse aqueles proxectos ou investimentos presentados polos concellos que se adhiran ós plans provinciais de xestión de servizos municipais. Cuarta. Financiamento. Para o financiamento deste plan existe consignación dispoñible nas aplicacións orzamentarias 15/942.942.762.45 para financiar investimentos, 15/942.942.462.45, para financiar gastos correntes, e tamén na aplicación 15/942.942.652.45, cun crédito inicial total de doce millóns de euros (12.000.000,00€). O 80% deste crédito, é dicir, nove millóns seiscentos mil euros (9.600.000,00€), repartirase por concorrencia competitiva e o 20% restante, dous millóns catrocentos mil euros (2.400.000,00€), resérvase para a súa concesión polo procedemento de concesión directa. A axuda económica poderá acadar ata o 100% do importe solicitado ata esgotar o crédito orzamentario autorizado para a convocatoria. Quinta. Criterios de concesión. Un importe fixo de catro millóns oitocentos mil euros (4.800.000,00€) repartirase de forma lineal entre os concellos da provincia que se adhiran a este plan, correspondéndolle a cada un deles oitenta e un mil trescentos cincuenta e cinco con noventa e tres euros (81.355,93€). A cantidade restante, catro millóns oitocentos mil euros (4.800.000,00€), repartirase da forma seguinte: Habitantes Grupo 1 1.000-10.000 Grupo 2 10.001-20.000 Grupo 3 20.001-50.000 Porcentaxe 20% 40% 40% Cantidade por grupo 960.000,00 1.920.000,00 1.920.000,00 Total 4.800.000,00 Ó grupo 1, de 1.000 ata 10.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 20%, polo que lle corresponden novecentos sesenta mil euros (960.000,00€). Ó grupo 2, de 10.001 a 20.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 40%, polo que lle corresponde un millón novecentos vinte mil euros (1.920.000,00€). Por último, ó grupo 3, formado por 7 concellos de entre 20.001 e 50.000 habitantes, correspóndelle un millón novecentos vinte mil euros (1.920.000,00€). Estas cantidades repartiranse entre o número de concellos que forman o grupo en proporción ó 75% da poboación e ó 25% da superficie. Para estes efectos a poboación da entidade local a considerar será a última publicada polo INE na data de publicación das presentes Bases no BOPPO. En consecuencia, cada concello coñecerá as cantidades que lle corresponden dentro dos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Ademais de recibiren a correspondente notificación poderán ser informados dirixíndose ó Servizo de Cooperación. Unha vez feito o reparto e detraídas as débedas cada beneficiario presentará os investimentos ou indicará o tipo de gastos correntes ós que vai destinar o importe da axuda que lle corresponde. Os beneficiarios poderán destinar, á súa elección, ata o 30% da subvención concedida, unha vez descontadas as débedas coa Deputación e os seus organismos autónomos, a financiar as actuacións recollidas nos puntos 2 a 5 da cláusula primeira destas bases. Non obstante, co obxecto de premiar a boa xestión dos concellos, reservarase o 50% da cantidade correspondente á concesión directa (un 10% da totalidade do plan) para aqueles concellos que destinen ó financiamento que lles corresponde por concorrencia competitiva, unha vez compensadas as débedas contraídas coa institución provincial, os gastos de investimentos reflectidos na base 1.1. Aqueles proxectos ou investimentos presentados polos concellos que se adhiran ós plans provinciais de xestión de servizos municipais terán unha especial valoración á hora de distribución do 20% de concesión directa. Non poderá concederse subvención para un investimento que teña un orzamento inferior a vinte mil euros (20.000,00€), incluído o IVE. Sexta. Retención para saldar débedas. Da cantidade que se lle asigne a cada entidade local detraeráselle ata a totalidade da débeda contraída coa Deputación. No caso do procedemento de concesión directa, cando se trate de mancomunidades, a detracción faráselle a cada concello proporcionalmente á súa achega ó orzamento. Sétima. Solicitudes e documentación. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación en Pontevedra, na súa sede de Vigo, no Servizo de Cooperación ou na páxina web www.depo.es. A solicitude, correctamente cuberta, deberá subscribila o alcalde ou o representante legal da entidade local con personalidade xurídica propia que teña asumidas estas competencias. Esta deberá ser aprobada por acordo do órgano competente e presentarse de modo individualizado a través da correspondente certificación acreditativa, na que se deberá indicar expresamente a súa finalidade concreta e a cantidade que se solicita, polo que cada unha das axudas solicitadas deberá instrumentarse a través das certificacións independentes. Con cada solicitude terá que se achegar a seguinte documentación, que deberá ser orixinal, ou copia compulsada, e que deberá ser presentada polo funcionario debidamente habilitado, facendo constar a súa identidade: 1.-Investimentos a executar polo concello. - Proxecto técnico (un exemplar en formato papel e outro en formato dixital, sendo responsable o solicitante da equivalencia entre ambos os documentos) da actuación que se pretende levar a cabo, que se debe redactar segundo o establecido no artigo 123 do citado Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. Na redacción dos proxectos débese ter en conta que a porcentaxe de gastos xerais será do 13% e o beneficio industrial o 6%. - Replanteo do proxecto e certificación da dispoñibilidade dos terreos precisos para a súa normal execución. - Resolución ou certificación do acordo do órgano competente da entidade local no que se determine o investimento ou a obra a realizar e se solicite a subvención para a súa execución. (Anexo II). - Certificación da aprobación do proxecto polo órgano competente do concello. (Anexo II). - Declaración de que o investimento ou finalidade subvencionable é competencia propia, delegada ou compatibilizada (artigo 7 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local). (Anexo I). - Declaración responsable na que conste se a entidade local obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien o investimento e o compromiso de lle comunicar á Deputación as que se obteñan nun futuro. (Anexo I). - Declaración de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas públicas e da aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de cumprir as condicións do outorgamento da subvención. (Anexo I). - Cando participe outra Administración pública no financiamento da actuación a entidade subvencionada presentará un certificado acreditativo deste feito, no que se indiquen as cantidades concedidas polo resto de organismos subvencionantes. No caso de actuacións proxectadas sobre edificacións ou instalacións de uso administrativo, sanitario, relixioso, deportivo, docente ou cultural, deberase acreditar a titularidade do ben en cuestión mediante a expedición da certificación en relación ó inventario, ou mediante calquera outro documento con valor probatorio que acredite que o ben pertence ó Concello. Tamén se esixirá esta acreditación cando existan dúbidas sobre a titularidade dos bens ou instalacións sobre os que se proxecta a actuación. Non se concederán subvencións se non queda debidamente acreditado que o beneficiario é o concello. Se a obra non require proxecto achegarase un documento técnico que conteña como mínimo: 1. Memoria detallada que describa claramente a actuación. 2. Plano de situación e plano detallado da actuación. 3. Medicións e orzamento da actuación. No caso de que o investimento non sexa unha obra os concellos deberán presentar unha memoria cuns pregos técnicos e un orzamento co IVE incluído e detallado. 2. -Amortización de débeda con entidades financeiras. - Certificación do interventor/a ou secretario/a-interventor/a de que a cantidade que se solicita se destinará a amortizar débeda pendente, indicando a entidade financeira e demais características da operación de crédito/préstamo cuxa débeda, total ou parcial, se pretende amortizar. Así mesmo, certificarase que esta amortización é a máis conveniente economicamente para a entidade local. - Certificación ou acordo do órgano competente polo que se lle solicita a subvención á Deputación para afrontar os pagamentos. 3.-Pagamento de acredores de investimentos. - Certificación do interventor/a ou do secretario/a-interventor/a da relación de acredores, indicando a súa correcta identificación e tamén a identificación das certificacións (facturas), expresando a data de expedición e a data de rexistro, número, resumo dos conceptos e importe coa repercusión do IVE no seu caso. Tamén se indicará o órgano que aprobou cada factura ou xustificante de gasto. - Certificación do interventor/a ou secretario/a-interventor/a indicando que non existen ata o de agora outros acredores que teñan preferencia para o pagamento das súas débedas. - Certificación ou acordo do órgano competente polo que se lle solicita a subvención ó organismo provincial para afrontar os pagamentos. 4.-Pagamento de débedas co Estado. - Certificación do interventor/a ou secretario/a-interventor/a indicando que as débedas que se relacionan están pendentes de aboamento, que se corresponden con débedas ó Estado, sinalando o seu concepto e importe. - Certificación ou acordo do órgano competente polo que se lle solicita a subvención á institución provincial para afrontar os pagamentos. 5.-Gasto corrente: 5.1. Pagamento a acredores de gasto corrente: - Certificación do interventor/a ou secretario/a-interventor/a da relación de acredores, indicando a súa correcta identificación e tamén a identificación das certificacións (facturas), expresando a data de expedición e a data de rexistro, número, resumo dos conceptos e importe coa repercusión do IVE no seu caso. Tamén se indicará o órgano que aprobou cada factura ou xustificante de gasto, xunto coa data dos ditos acordos. - Certificación do interventor/a ou secretario/a-interventor/a indicando que as débedas que se relacionan están pendentes de aboamento. Así mesmo certificarase que non existen, na data de expedición da certificación, outros acredores que teñan preferencia para o pagamento das súas débedas. - Certificación do acordo do órgano competente polo que se lle solicita a subvención á Deputación para afrontar os pagamentos. 5.2. Gasto corrente novo. - Memoria descritiva e valorada dos gastos que se pretenden financiar coa achega solicitada, identificando o terceiro ó que se lle encargará a realización do gasto corrente. - Certificación do acordo do órgano competente polo que se lle solicita a subvención á Deputación para afrontar os pagamentos. Calquera falsidade nos datos presentados dará lugar á perda da subvención concedida, ademais doutras medidas que para o caso poida arbitrar o organismo provincial. No caso de defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base ou de incumprimento do previsto no artigo 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requiriráselle ó interesado que emende as faltas ou omisións no prazo máximo de 10 días hábiles, indicándolle que, de non o facer, se lle terá por desistido da súa solicitude, previa resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada Lei 30/92. Cando haxa documentación que por algunha causa razoable e xustificada non poida ser achegada coa solicitude (por precisarse autorizacións sectoriais ou estar pendente de resolución de cuestións relativas a augas, servidumes… ) presentarase, a ser posible, antes de que remate o procedemento de concesión de subvencións (o 31 de decembro do 2015) ou necesariamente, antes de iniciar o tramite de xustificación da axuda económica concedida. Non se librarán subvencións se non obran no expediente de concesión todos os formularios e documentos preceptivos que se contemplan nas presentes bases. As solicitudes presentadas con anterioridade a esta convocatoria quedarán sen efecto. No caso de pretender a súa inclusión neste plan deberán formular unha petición nova xunto coa documentación correspondente. Oitava. Lugar e prazo de presentación. O prazo de presentación das solicitudes de subvencións que se acollan a este programa é de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As solicitudes irán dirixidas ó presidente da Deputación e presentaranse no Rexistro xeral da institución provincial, no da súa sede de Vigo ou a través de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992. Novena. Compatibilidade. As axudas serán compatibles con outras que teñan a mesma finalidade, tendo en conta que o importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada, de acordo co previsto no artigo 19.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Para estes efectos, e de conformidade co disposto no artigo 14.1.d desta Lei 38/2003 e no artigo 33 do seu Regulamento, unha das obrigas do beneficiario é a de lle comunicar á Deputación a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. De calquera xeito deberase ter en conta que o conxunto total das axudas non deberá superar en ningún caso o 100% do custo da actividade. Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión e, en todo caso, a concesión concorrente de axudas por calquera entidade pública ou privada, nacional ou internacional, poderá dar lugar á modificación da subvención outorgada. Décima. Instrución e procedemento. A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle á xefa do Servizo de Cooperación, quen realizará de oficio as actuacións que estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos expedientes. Así mesmo, o instrutor poderá solicitar todos os informes que considere axeitados. Unha vez efectuado o estudo das solicitudes recibidas, e en función da información dispoñible, elaborarase unha proposta, que para cada concello comprenderá os investimentos a executar e o importe asignado a cada proxecto, así como, no seu caso, a porcentaxe de financiamento entre ditas entidades. Terán preferencia os investimentos asociados ás obras e servizos obrigatorios que se contemplan no artigo 26 da Lei 7/85, de 2 de abril, e, en segundo lugar, as demais obras de competencia municipal segundo o artigo 25 da referida lei. O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver aquelas solicitudes nas que se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria, ata un 20% do crédito total deste programa para a concesión directa, tal como se prevé na base 25.2 das de execución do vixente Orzamento provincial. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previa fiscalización polo Servizo de Intervención. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte ó do remate do prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa entenderase desestimada a petición. Décimo primeira. Modificacións dos acordos ou resolucións de concesión. As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non as rexeitan expresamente no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación. Unha vez recaída a resolución de concesión, antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade e sempre e cando non se prexudiquen intereses de terceiros, poderase solicitar o cambio ou a modificación do seu contido se concorren circunstancias excepcionais, xustificando por escrito as causas que a fundamentan e axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria. As circunstancias excepcionais poden ser, entre outras, as seguintes: - Recibir anteriormente axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados que cubran o importe do gasto. - Ter prioridade o financiamento doutro gasto urxente e non contar con crédito suficiente para levalo a cabo. - Algún impedimento administrativo ou doutro tipo que non permita a súa realización. Décimo segunda. Proxectos. Os concellos e demais entidades locais encargarán a redacción dos proxectos e asumirán o seu custo, e se deberá axustar en canto ó seu contido ó establecido no artigo 123 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público, debendo identificarse cada investimento cun proxecto técnico, do que presentarán o orixinal e unha copia en formato dixital e que debe redactarse segundo o devandito artigo. Os autores do proxecto deberán ser técnicos competentes da materia obxecto do proxecto. No caso de tratarse dun contrato menor de obras deberase incluír o seu orzamento, sen prexuízo de que deba elaborarse un proxecto cando as normas específicas o requiran e de modo especial se afecta á estabilidade, seguridade ou estanquidade da obra (artigo 111 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro). O concello poderá solicitar, sempre que cumpra os requisitos do R. d. l. 3/2011, a execución da obra directamente polo sistema de administración. Neste caso, o orzamento de execución do investimento será o de execución material, incrementado, no seu caso, na porcentaxe necesaria para atender as percepcións que poidan ter lugar polo traballo ou xestión dos empresarios colaboradores a que se refire o artigo 176.1 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, incluíndo, como partida independente, o IVE que corresponda. A Deputación procederá, en todo caso, á supervisión e ó control dos proxectos, tendo especialmente en conta os prezos das distintas unidades. Décimo terceira. Aprobación dos proxectos e outorgamento de licenzas. Os proxectos deben ser aprobados polo órgano competente do concello ou entidade local. Se a obra necesitase, pola súa situación ou característica, permisos ou autorizacións doutros organismos, será o concello ou a entidade local quen as solicite. Se non se necesita ningunha autorización deberá indicarse expresamente. No caso de que sexa necesario efectuaranse expropiacións para a realización do investimento, que serán por conta do concello solicitante. Décimo cuarta. Licitación e modificación do proxecto. Por razóns de axilidade e operatividade delégase nos concellos a contratación dos investimentos e servizos que se inclúan neste plan. En todo caso, corresponderalle á institución provincial, previa solicitude, a contratación dos investimentos e servizos daqueles concellos que carezan de capacidade de xestión e de medios técnicos para asumila. Os concellos contratantes deberán incluír entre as cláusulas do prego de condicións ou nas bases de contratación unha na que conste a obriga do contratista de poñer, desde o inicio das obras ata a súa total terminación, un cartel informativo indicando que se trata dunha obra subvencionada pola Deputación. Os concellos colocarán e faranse cargo dos carteis das obras que se realicen por Administración, debéndose certificar igualmente o cumprimento desta obriga. O director das obras será designado pola entidade local contratante, dando conta da designación á Deputación. Calquera cambio de director técnico seralle igualmente comunicado a esta. De se produciren baixas na adxudicación dos contratos a entidade local beneficiaria deberalle comunicar o seu emprego ó organismo provincial. A baixa poderá aplicarse no mesmo investimento, con independencia do seu importe, ou reinvestirse noutra obra distinta. Neste último caso o montante do sobrante debe ser, polo menos, de 10.000,00€. Para a tramitación da baixa esixirase un proxecto ou memoria detallada no que se describa con claridade a actuación a realizar, ademais do acordo correspondente. A súa tramitación realizarase conforme ó procedemento legalmente establecido. Se durante a execución das obras xurde a necesidade de modificar o proxecto da obra, o concello deberá tramitar o correspondente expediente de acordo co establecido no Texto refundido da Lei de contratos do sector público, e redactar un proxecto modificado que deberá ser aprobado polo Concello e pola Deputación. Non obstante, só se admitirán a trámite modificados que se poidan financiar co importe das baixas de adxudicación. As revisións de prezos, cando supoñan un incremento dos custos, correrán a cargo do crédito do concello, do mesmo xeito que os maiores custos que poidan xerar as prórrogas e suspensións temporais na execución dos contratos. Non se admitirán cambios de obra (aplicación ou finalidade), agás nos supostos contemplados na base décimo primeira, previa xustificación do dito cambio e sempre que se faga co tempo suficiente para poder executar a obra no prazo establecido nestas bases. O presidente da Deputación será a persoa facultada para interpretar e resolver as dúbidas ou situacións excepcionais que puidesen xurdir no desenvolvemento do plan, guiándose polos informes técnicos pertinentes. Décimo quinta. Publicidade. As entidades locais beneficiarias deberán darlle a adecuada publicidade do financiamento por parte da Deputación para a actividade subvencionada do seguinte xeito: o Deberase facer constar en todas as accións de comunicación ou publicidade (carteis, folletos, programas, placas, cartas ou páxina web, entre outras) o apoio que recibe da institución provincial. Isto farase incluíndo o seu logotipo nun lugar visible, tal e como se indica no anexo de publicidade. o Obrigatoriamente, ó iniciar o procedemento de xustificación, xunto coa primeira certificación ou factura acreditativa do gasto efectuado, deberase certificar o cumprimento desta cláusula coa indicación das accións de comunicación realizadas, fotos e demais documentación que se considere necesaria. o No anexo de publicidade e na páxina web www.depo.es atópase o exemplo de tratamento que se lle debe dar á imaxe institucional da Deputación. o Para dúbidas e/ou aclaracións poderase contactar co Servizo de Comunicación Institucional do organismo provincial a través do correo electrónico comunicacion@depo.es ou do teléfono 986 804 100. O incumprimento desta obriga será causa de reintegro dos recursos recibidos con cargo a este programa. Décimo sexta. Execución, xustificación, recepción e uso dos investimentos. As axudas que se outorgan ó abeiro deste plan deben estar concedidas na súa totalidade a 31 de decembro de 2015. Os investimentos, incluídos aqueles que se produzan como consecuencia da aplicación das baixas, deberán estar executados e xustificados, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. Os concellos remitirán as certificacións de obras supervisadas aprobadas polo órgano competente co conforme do contratista e asinadas polo director de obra. Non se tramitará ningunha certificación se non consta nesta Deputación toda a documentación necesaria, en especial: • A certificación do acordo ou resolución de adxudicación do contrato. • O proxecto (soamente nos casos nos que a concesión da subvención se realiza en base a unha memoria, anteproxecto, documento técnico e sexa necesario a redacción dun proxecto construtivo completo conforme ás disposicións contempladas no artigo 123 do RDL 3/2011, do 14 de novembro). • O nomeamento do director técnico. • A acta de replanteo, certificado sobre a dispoñibilidade dos terreos e certificado relativo á aprobación do proxecto (soamente naqueles casos nos que esta documentación non obre no expediente de concesión ó estar pendente a resolución de permisos, licenzas, servidumes, augas ou autorizacións sectoriais… por parte doutra administración.) • Acta de comprobación de replanteo, no caso de que sexa necesario. • Nos casos nos que sexa obrigatorio, o contrato. • Acordo municipal de aprobación da certificación de obra correspondente. As certificacións de obras serán comprobadas polos servizos de Cooperación, Infraestruturas e Intervención da institución provincial. A primeira certificación acompañarase do certificado do secretario/a e dunha proba gráfica que acredite a difusión do investimento subvencionado; sendo requisito indispensable para que esta Deputación transfira ó concello o importe da subvención. Ó remate da obra, coa última certificación, achegarase a correspondente “acta de recepción” no modelo normalizado que se atopa na páxina web desta Deputación e que se axustará ó disposto nos artigos 52 e 235 do RDL 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. Tamén se deberá acreditar que o concello non percibiu ningunha subvención doutras entidades para o financiamento do investimento, ou no caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes para a súa execución, indicarase o detalle de cada unha delas, certificando que a suma total non supera o 100% do seu importe. En todo caso, o organismo provincial, en virtude das facultades que ten atribuídas, resérvase as facultades de inspección e comprobación das obras. Nos casos nos que contrate a Deputación, unha vez recibidas as obras e redactada a correspondente acta, cederáselles o seu uso ós concellos respectivos, que se farán cargo dos gastos de explotación. Mediante resolución presidencial ordenarase a entrega da acta de recepción dos investimentos ás entidades locais, xa que supón a saída do inmobilizado da esfera xurídico patrimonial da Deputación (pagamento da subvención), remitíndoa á Intervención para contabilizar a baixa no inmobilizado da institución provincial e ás entidades locais para que poidan contabilizar a entrada do seu inmobilizado. Na resolución presidencial deberanse facer constar os datos cuantitativos para a correcta contabilización da baixa na contabilidade da Deputación e a alta na contabilidade dos concellos (custo, dimensións e características, entre outras). Décimo sétima. Xustificación e pagamento destinados á amortización, pagamento de débedas e gastos correntes aínda non realizados. As axudas concedidas para a amortización e o pagamento de débeda, así como de gastos xa realizados, deberán ser xustificadas antes do 31 de decembro de 2015. Os demais gastos correntes deberán ser xustificados antes do 31 de marzo de 2016. O pagamento da axuda económica efectuarase previa comprobación por parte dos servizos de Cooperación e Intervención de que se realizou o gasto para o fin e polo importe subvencionado e, ademais, de que se cumpriu coa finalidade e o obxecto da subvención, emitindo como resultado un informe con carácter previo á proposta de aprobación da xustificación. A documentación xustificativa deberá ser orixinal ou copia compulsada. Amortización de débeda con entidades financeiras. O pago farase anticipadamente unha vez que se aprobe a concesión da subvención. Posteriormente, deberán xustificar a realización do pagamento mediante: - Certificación ou acordo do órgano competente aprobando a amortización que se realizou ás entidades financeiras. - Certificación do interventor/a ou secretario/a-interventor/a da realización do pagamento ás entidades financeiras con indicación da data de pago. - Certificación do concello de darlle difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación con indicación dos medios onde se lle deu publicidade. Pagamento de acredores de investimentos. Tratándose dun gasto realizado, a subvención aboarase anticipadamente unha vez que se aprobe a súa concesión. Posteriormente, deberase xustificar a realización do pagamento a través de: - Certificación do acordo do órgano competente aprobando os pagamentos realizados ós acredores, con indicación da data de pago. - Certificación do interventor/a ou do secretario/a-interventor/a acreditativa de que a subvención se aplicou á finalidade proposta, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. - Certificación do concello de darlle difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación con indicación dos medios onde se lle deu publicidade. Débeda do Estado. O pago farase anticipadamente unha vez que se aprobe a concesión da subvención. Posteriormente, deberán xustificar a realización do pagamento mediante: - Certificación do interventor/a ou secretario/a-interventor/a indicando que se fixo o aboamento e que se corresponde con débedas ó Estado, incluíndo o seu concepto e importe e con indicación da data de pago, quedando a disposición do organismo provincial para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. - Certificación do órgano competente aprobando os pagamentos realizados. - Certificación do concello de darlle difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación con indicación dos medios onde se lle deu publicidade. Gasto corrente. Pagamento a acredores de gasto corrente. O pago farase anticipadamente unha vez que se aprobe a súa concesión. Posteriormente, deberán xustificar a realización do pagamento a través de: - Certificación do órgano competente aprobando os pagamentos realizados ós acredores, con indicación da data de pago. - Certificación do interventor/a ou secretario/a-interventor/a de que a subvención se aplicou á finalidade subvencionada, quedando a disposición da institución provincial para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. - Certificación do concello de darlle difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación e indicando os medios onde se lle deu publicidade. Gasto corrente novo. No caso do gasto corrente novo só procederá pagar a subvención despois de presentar a xustificación, tal e como se establece deseguido: - Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando acredor e documento, importe, data de emisión e, se é posible, a data na que se pagou). - Certificación do interventor/a ou secretario/a-interventor/a acreditativa de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron ós gastos subvencionados, quedando a disposición do organismo provincial para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. - Certificación do concello de darlle difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación con indicación dos medios onde se lle deu publicidade. A este respecto, o servizo de inspección da institución provincial poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non se procederá ó seu libramento. Décimo oitava. Aprobación das bases. De acordo co establecido na base 16.3 das de execución do orzamento para o 2015 e cumprindo o establecido no artigo 17 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é o Pleno da Deputación. Décimo novena. Dereito supletorio. Para o non disposto nestas bases contemplarase o establecido nas de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2015, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais lexislación aplicable. Vixésima. Reclamacións. Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro) ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo perante o correspondente xulgado de Pontevedra segundo o disposto no artigo 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, todo isto no prazo establecido no artigo 46 da citada lei, sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que se estime conveniente. Anexos da convocatoria e modelos de presentación de documentación. Todos os anexos referidos nestas bases ou modelos normalizados para as solicitudes destas subvencións facilitaranse no Rexistro xeral desta Deputación, no Servizo de Cooperación ou a través da páxina web www.depo.es.” 5.6541.- SOLICITUDE DE COMPATIBILIDADE PARA O EXERCICIO DE ACTIVIDADE DOCENTE NA UNIVERSIDADE Sr. Presidente.- Punto número 5. Solicitude de compatibilidade para o exercicio na Universidade. ¿Hai algunha intervención? Non hai. ¿Ah, si?, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, a ver, creo que este é un asunto que podería entenderse de rutina porque o coñecemos nós pero publicamente sabemos que crea, digamos, certo tipo de problemas e demais. Isto é unha persoa que é interina nesta casa, polo tanto, non ten ningunha, vamos, non ten garantido que vaia a ser funcionaria, e que a Universidade solicitou que poida dar, creo que é unha hora de clase á semana ou unha cousa así, que tamén é outra vía que se lle abre, digamos, para ir arranxando o seu futuro, ¿non?, ou non, pero bueno, pero é unha ridiculez, non sei se son trescentos euros ó mes ou unha cousa así e demais, dígoo porque, non vaia a ser que se entenda, ¿non?, nós vamos votar a favor, xa digo, podía ser unha cousa absolutamente de rutina e deixalo pasar porque xa sabemos o que está sucedendo agora, ¿non?, que parece que todo o que estea asociado á función pública e demais, parece que hai unhas, todo ten que ter unha traxedia antes de empezar a mirar o que é. Entón, eu quería aclaralo e nada máis, vamos a votar a favor que é unha cousa absolutamente de rutina. Se cadra, se fora un funcionario definitivo e, digamos, a compatibilidade non fora por unha hora de clase á semana, que non é nada, que fora por unha cousa máis gorda, igual votábamos en contra, que quede claro, pero digo, é o que é, vamos, é algo, sería cruel, vamos, é unha persoa que está en situación provisoria, aquí, que ten e non e demais e, incluso, a propia Universidade que hai cousas moi especializadas que como non sexa así, cunha persoa que lle vai dar un curso, unha hora de clase ou dúas para un curso, pois, tampouco podería funcionar, bueno, sería moito máis caro. Sr. Presidente.- Perfecto. Bueno, dicir nese comentario que acaba de facer o Sr. Mosquera que comparto absolutamente, incluso, esas interrogantes cando son outros casos. Por iso digo que, bueno, decidimos que viñera aquí porque, ademais, quen mandou a petición foi a propia Universidade, pero comparto tamén iso de que, incluso, desde a opinión pública, ás veces, estes temas se mal entenden e por iso que creo que é bo que aclaremos e que coincidimos plenamente que se fora, probablemente, outro caso, xa tería outra opinión, que neste caso compartimos ambos os dous neste sentido. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vista a solicitude da Universidade de Vigo, presentada no Rexistro Xeral da Deputación Provincial o 6 de novembro do ano 2014, a través da cal se solicita que se conceda a Montserrat Otero Oitavén, contratada laboral de interinidade como Técnico de administración con cargo á vacante do Servizo de Turismo, autorización para compatibilizar o desempeño do seu posto de traballo cunha segunda actividade no sector público como profesora asociada a tempo parcial T3-P3 na Universidade de Vigo, con fundamento na Lei 53/84, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ó servizo da Administración Pública e Real Decreto 598/85, de 30 de abril, e en virtude das competencias que se atribúen ó Pleno de Corporación no artigo 70.9 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, o Pleno acorda, por unanimidade, conceder a Montserrat Otero Oitavén a compatibilidade para o desempeño do posto de traballo de profesora asociada a tempo parcial T3-P3 na Universidade de Vigo. 6.6542.- ADXUDICACIÓN DUN DEREITO DE SUPERFICIE DE DIVERSAS PARCELAS NO POLÍGONO INDUSTRIAL OUTEDA-CURRO (BARRO) Sr. Presidente.- O punto número 6. Adxudicación do dereito de superficie de diversas parcelas no Polígono industrial de Outeda-Curro. Bueno, esta é a venda definitiva de, bueno, son bastantes parcelas pero non sei se está aquí o volume total que se acerca ós 80.000 m2 do Polígono industrial de Curro-Barro e que, dalgunha maneira, pois, con isto de hoxe, resolvemos a tramitación destas parcelas que, dalgunha maneira, foron solicitadas para a súa enaxenación e, ó mesmo tempo, ó que vamos a proceder é a deixar ou abrir de novo un período que non sexa temporal senón que sexa aberto durante o exercicio 2015, para que todas e cada unha das empresas interesadas en adquirir algunha parcela máis no Polígono de Barro-Meis o poidan facer durante o exercicio 2015 e que, polo tanto estea aberto o prazo, porque entendemos que iso pode facilitar, en certa maneira, a posibilidade de seguir asentando empresas, creo que isto é un acordo extraordinariamente bo para o Polígono de Barro-Meis que, dalgunha maneira, o relanza definitivamente á ocupación definitiva dese solo industrial que temos aí, que está estratexicamente moi ben ubicado e que, polo tanto, esperamos que sirva para crear actividade económica pero, en particular, para crear emprego e riqueza en toda a área de Pontevedra que, en definitiva, iso é o motivo polo cal saíu adiante este polígono. Como digo, iso era o que queríamos aprobar, o que pretendemos aprobar con este acordo que hoxe se leva a aprobación e a adxudicación. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Moi brevemente vamos a dar, a min alégrame, a nós alégranos profundamente que diga que este polígono é o gran polígono de Pontevedra xunto co de A Reigosa. E sempre nos estivemos comportando así, intentando axudar e demais. Bueno, a situación é que temos un problema de exceso ou de falta de demanda ou de exceso de oferta de solo industrial e, máis ben, será de carencia de demanda, pero bueno, o certo é que están as parcelas sen ningún uso, cando hai moito investido aquí. Evidentemente, esta Deputación fixo un esforzo moi grande, de rebote, de que Xestur no seu momento non o quixo facer, pero o real é que as contas que se facían no seu momento, de que isto se podía vender todo e podía a Deputación, incluso, cancelar todos os gastos e, incluso ata superávit, ó final hai que sacalo como se pode e creo que todos os pasos que se dean son absolutamente positivos e, polo tanto, temos que apoialos, ¿non?, mesmo no orzamento que vén a continuación, pois, creo, senón me engano, creo que hai millón e medio aínda para meter no polígono amais, porque xa hai cousas que se están deteriorando, porque claro, todo o que estea urbanizado e construído ou “arre ou xo”, ou se mantén ou se vén abaixo, non hai máis remedio, ¿non?. E as parcelas hai que sacalas a cen euros o metro cadrado cando en principio as contas do que podía ser o custo eran cento corenta, pero mellor iso e, incluso menos, ¿verdade?, e sacalo e que funcione e que as empresas que estean alí xeren actividade e, incluso, se encarguen de soster o propio polígono, ou o concello de Barro, ou quen sexa, porque senón pódese eternizar o gasto e os problemas que ten, dunha iniciativa necesaria no seu momento e positiva que, ó final, se nos vaia cun exceso de gasto e sen ningunha funcionalidade, entonces, estes pasos, estas adquisicións e agardemos que veñan outras por atrás, como se hai que dedicarse a competir e en próximos baixala máis, pois, baixamos máis o prezo se é que iso dá para sacalos porque, ó final, vai saír máis caro que estea desocupado, vai saír máis caro, porque todos sabemos o que sucede, ¿non?, xa está dito e non creo que sexa cuestión de repetilo, houbera no Polígono do Campiño un problema parecido, estivera oito anos tamén morto de risa e, ó final, houbo que subvencionar e sacalo máis barato e, ó final, todos quedamos máis contentos de que saíra. Pero bueno, o que vén aquí a aprobación é o paso este, xa coñecido, ¿non?, de Froiz e máis doutra parcela e agardemos que por atrás veñan outros e que poidamos tamén ter estas alegrías de que, senón ó ritmo ou como quixéramos, polo menos vaia saíndo e o polígono vaia a cumprir a función para a que naceu. Sr. Presidente.- Bueno, pois, coincidimos plenamente nesa… Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, eu non interviría neste tema se non fora porque pertenzo a Xestur representando á Deputación e miro o panorama que hai alí, é dicir, dende hai xa sete, ou oito, ou nove anos, dunha situación complicada, delicada, de que vender solo é moi difícil, que hai moito solo planificado que despois non se leva a cabo, e eu creo que a este tema deberíamos de darlle a importancia que ten, eu creo que é unha das decisións máis importantes que se tomaron ou que se van a tomar nos últimos anos nesta casa. En fin, seguramente parece que é un tema dun solo industrial, dun parque industrial que hai aí e que ó final se instalan dúas empresas, non, eu creo que debíamos de facer unha valoración profunda do que significa a decisión que se está a tomar ou que xa se tomou con respecto a este tema. Primeiro, que se pon en marcha con dúas empresas que van a ser un tirón importante, é dicir, van a ser un motor fundamental para os demais porque cando as empresas miran que alguén se coloca aí, empresas importantes, con prestixio, consolidadas e que teñen unha solvencia, loxicamente, iso significa un motor e un tractor importante para que outras empresas poidan tirar desa situación e poidan preguntar que está pasando. E, de feito, eu podo asegurar que en Xestur, no último Consello, case me fixeron explicar con detalle como era, que habíamos feito, como se había feito, é dicir, polo tanto Presidente, eu creo que hai que felicitar, tanto ó Presidente coma ós técnicos que participaron na elaboración desta idea e concretar a idea, porque despois hai que facelo, porque é unha decisión moi pero que moi importante, e a min me gustaría trasladarllo tamén ós medios de comunicación porque estamos a falar de solo industrial, estamos a falar de postos de traballo, estamos a falar de que dúas empresas se van a instalar aí nunhas condicións adecuadas e que iso vai a servir de tirón, seguro, seguro, de motor para o futuro e, sobre todo, para o emprego, está nunha situación estratéxica e creo que iso, nós o que estamos plantexando dende aquí, e eu, son as directrices que teño por parte do Presidente que, en canto a Xestur, que se faga tamén unha planificación a curto, a medio e a longo prazo, porque bueno, está esta ubicación aquí, está despois a Plisan tamén, que se está desenvolvendo, e bueno, e unha serie de polígonos máis que están en marcha que eu creo que deberíamos de ter unha planificación conxunta, sobre todo, no que se refire á provincia de Pontevedra porque é fundamental. Polo tanto, Presidente, parabéns, porque este non é un tema calquera, non é un punto máis, non é darlle diñeiro ós concellos ou ás entidades ou asociacións, é importante, pero aquí estamos falando de emprego, estamos falando de futuro e estamos falando de que moitas empresas poidan instalarse e estou convencido que cando a situación económica prospere, evidentemente, haberá unha demanda importante como dicía o Sr. Mosquera, polo tanto, felicidades. Sr. Presidente.- Moitas grazas Sr. Figueroa. Añadir a iso que a colaboración, neste caso, dos servizos de Intervención, o Interventor que está aquí, foi clave para poder levar a cabo esta proposta. E tamén teño que agradecer, neste caso tamén, á intelixencia e xenerosidade da empresa, especialmente de Froiz, permita que faga a mención desta empresa porque, si era coñecido que tiña interese en ubicarse noutra zona, e despois de amplas negociacións, ó final, tamén fixo esta aposta por Barro-Meis, porque entendía que desde o punto estratéxico e ademais habendo solo empresarial dispoñible moi próximo e, ademais nun sitio, como digo, eu creo, que desde o punto de vista operativo para esta gran empresa era a mellor ubicación posible, pois decidiu, finalmente ubicarse aí, e creo que iso nos debe alegrar a todos e agradecerlle, como digo, o esforzo a esta empresa, á outra tamén e a unhas, que unha vez que saben da ubicación de Froiz en Barro-Meis, solicitaron, dalgunha maneira, que se abrira de novo este período para poder tamén pedir solo empresarial nesa zona. Polo tanto, vamos a proceder á adxudicación deste dereito de superficie de diversas parcelas no Polígono industrial de Outeda-Curro en Barro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria celebrada o día 26 de setembro de 2014 e coa finalidade de garantir a posta no mercado de suficiente solo industrial, en función da demanda existente, para a localización de industrias e a implantación de actividades económicas que favorezan o desenvolvemento económico e a promoción do emprego, convocou o concurso de alleamento de 66 parcelas resultantes do Proxecto de Parcelación do Plan de Sectorización do SRAU-Industrial Outeda-Curro, no municipio de Barro, Pontevedra, finalizando o prazo de presentación das proposicións o día 3 de novembro de 2014, abríndose as ofertas técnicas e económicas os días 10 e 14 de novembro de 2014, respectivamente. Ó citado concurso presentáronse, en prazo, 2 empresas, Distribuciones Froiz, S.A. e Novas Rías, S.L. que ofertaron a constitución dun dereito de superficie sobre distintas parcelas, a primeira ás denominadas D-01, D-02, D-03, D-04, D-05, D-06, D-07, D-08, D-09, D-10, D-11, D-12, D-13, D-14 e D-17, oferta condicionada á previa modificación do Plan de Sectorización no sentido que máis adiante se dirá, e a segunda á parcela A-12, cumprindo a documentación presentada por ambas (sobres A, B e C) cos requisitos establecidos no Prego de Cláusulas que rexeron o concurso, segundo informes do Director de Infraestruturas de datas 12 de novembro (sobres B - Referencias técnicas) e 18 de novembro (sobres C - Proposicións económicas). Pola Mesa de Contratación, en reunión celebrada o día 18 de novembro de 2014, acórdase, á vista das ofertas presentadas e das puntuacións obtidas polas empresas: 1. Elevar á Presidencia da Corporación a proposta de requirir, segundo o establecido no art.º 151 do RDL 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, a Distribuciones Froiz S.A. e Novas Rías S.L., que formularon a proposición economicamente máis vantaxosa, para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que tivese recibido o requirimento, presenten a documentación xustificativa de acharse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de ter constituído, no caso da empresa Novas Rías S.L. a garantía definitiva equivalente ó 100% do prezo do canon anual ofertado-adxudicado, correspondente á constitución do dereito de superficie, excluído do devandito importe o IVE. (Non procede no caso da empresa Distribuciones Froiz S.A. por ser condicionada a súa oferta e ter constituída xa a garantía provisional); requirimento feito a través de Resolución Presidencial nº 33783, de 19 de novembro de 2014, e cumprimentados ditos requirimentos por Distribuciones Froiz S.A. o 20 de novembro de 2014 (rexistro de entrada nº 116585), e por Novas Rías S.L. o 21 de novembro de 2014 (rexistro de entrada nº 116976). 2. Acorda así mesmo, elevar ó Pleno da Corporación, unha vez cumprido o devandito requirimento, a validación deste e a proposta de adxudicación da constitución dun dereito de superficie, con opción a compra, cun mínimo de 5 e un máximo de 25 anos, a Distribuciones Froiz S.A., sobre as parcelas D-01, D-02, D-03, D-04, D-05, D-06, D-07, D-08, D-09, D-10, D-11, D-12, D-13, D-14 e, a maiores a D-17, por un total de 73.394,63 m2, e un importe de 7.706.436,15 euros IVE excluído, condicionada a oferta á previa modificación do Plan de Sectorización, no sentido de: “Proceder á permuta da parcela D-17 (3.206,47m2) pola AP-02 (2.486,59m2), modificando os seus usos de aparcadoiro público e aproveitamento urbanístico a uso industrial e de uso industrial a aparcadoiro público e agrupar as parcelas en dous grandes: a D-01 resultado da agrupación dos números D-01 á D-10 (ambas as dúas incluídas) e parcela D-02 resultado da agrupación dos números D-11 á D-14 e a actual AP-02, polo que unha vez aprobada a modificación do Plan de Sectorización, a oferta se formalizaría sobre un dereito de superficie sobre as novas parcelas D-01 e D-02, cun total de 72.674,75 m2 e un importe definitivo de 7.630.848,75 euros IVE excluído”. 3. Tamén, elévase ó Pleno a proposta de adxudicación da constitución dun dereito de superficie, con opción de compra, á empresa Novas Rías S.L. sobre a parcela A-12, de 1.800 m2, cun canon anual ofertado de 11.370,00 euros sen IVE e 13.757,70 euros con IVE, por un mínimo de 5 anos e un máximo de 25 anos. Por outra banda e ós efectos xa expostos de garantir a posta no mercado de solo industrial, debido á posible demanda e coa finalidade da implantación de industrias e actividades económicas que favorezan o desenvolvemento económico e a promoción do emprego e de non prexudicar o interese público provincial, e tendo en conta a normativa vixente, en concreto os artigos 177 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o art. 137, apartado 4, da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, e o establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo RDL 3/2011, de 14 de novembro, e visto, así mesmo, o escrito do Técnico-Colaborador do Polígono Industrial, de data 20 de novembro de 2014, no que informa favorablemente acudir ó alleamento directo, por un prazo dun ano (a contar dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia e no perfil do contratante da Corporación do acordo do Pleno da Corporación da adxudicación da constitución dun dereito de superficie ás empresas citadas anteriormente), das parcelas que quedaron desertas e que se faría en iguais condicións ás que se ofertaron no concurso e previa aceptación de tales condicións na súa totalidade. E vista a acta da Mesa de Contratación de 18 de novembro de 2014 e os informes do Director de Infraestruturas da Deputación Provincial de 12 e 18 de novembro de 2014, de proposta de adxudicación da constitución dun dereito de superficie de diversas parcelas a distintas empresas que cumpren coas prescricións do prego que rexeu no concurso, o Pleno da Corporación acorda por unanimidade: 1. Validar a Resolución Presidencial nº 33783 de 19 de novembro de 2014 de requirimento de documentación a Distribuciones Froiz S.A. e Novas Rías S.L. 2. Adxudicar a constitución dun dereito de superficie, con opción a compra, cun mínimo de 5 e un máximo de 25 anos, a Distribuciones Froiz S.A. sobre as parcelas D-01, D-02, D-03, D-04, D-05, D-06, D-07, D-08, D-09, D-10, D-11, D-12, D-13, D-14 e, a maiores a D-17, por un total de 73.394,63 m2, e un importe de 7.706.436,15 euros IVE excluído, condicionada a oferta á previa modificación do Plan de Sectorización (durante o prazo de 18 meses dende a adxudicación condicionada segundo estipula a cláusula 21ª do Prego de cláusulas económico-administrativas), no sentido de: “Proceder á permuta da parcela D-17 (3.206,47m2) pola AP-02 (2.486,59m2), modificando os seus usos de aparcadoiro público e aproveitamento urbanístico a uso industrial e de uso industrial a aparcadoiro público e agrupar as parcelas en dous grandes: a D-01 resultado da agrupación dos números D-01 á D-10 (ambas as dúas incluídas) e parcela D-02 resultado da agrupación dos números D-11 á D-14 e a actual AP-02, polo que unha vez aprobada a modificación do Plan de Sectorización, a oferta se formalizaría sobre un dereito de superficie sobre as novas parcelas D-01 e D-02, cun total de 72.674,75 m2 e un importe definitivo de 7.630.848,75 euros IVE excluído”. 3. Así mesmo, acórdase a adxudicación da constitución dun dereito de superficie, con opción de compra, á empresa Novas Rías S.L. sobre a parcela A-12, de 1.800 m2, cun canon anual ofertado de 11.370,00 euros sen IVE e 13.757,70 euros con IVE, por un mínimo de 5 anos e un máximo de 25 anos. 4. E por último, á vista do establecido na normativa vixente, en concreto os artigos 177 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o art. 137, apartado 4, da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, e o establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo RDL 3/2011, de 14 de novembro, e o Decreto 257/2004, de 29 de outubro, sobre Réxime Xurídico das Vivendas de Promoción Pública, Locais de Negocio e Chan de Promoción Pública (art. 96 parágrafo 5), acórdase o alleamento directo, por un prazo dun ano a contar dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia e no perfil do contratante da Corporación deste acordo, das parcelas que quedaron desertas e que se faría en iguais condicións ás que se ofertaron no concurso e previa aceptación de tales condicións na súa totalidade. 7.6543.- APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O EXERCICIO DE 2015 Sr. Presidente.- O punto número 7. Aprobación inicial do Orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2015. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Vou a intentar, pactamos entre os tres grupos a ver se con quince minutos somos capaces de resolver e de plantexar cada un o seu posicionamento sobre o presuposto, eu vou a intentalo, a ver se somos capaces. Estamos a falar dun presuposto para o ano 2015 de, aproximadamente, aproximadamente non, 148.430.000€, que é un presuposto importante, é un presuposto que vén en tempo e forma ademais, é dicir, como corresponde. A oposición creo que esta vez non ten queixa ningunha porque se lle deu con antelación os documentos, se fixo, incluso, unha proposta de alegacións que presentaron e que hai algunhas cuestións que tamén o digo aquí, publicamente, quedamos en que algúns temas concretos que se poidan valorar nas próximas semanas por se se pode incluír algunha cuestión, que hai plantexamentos que son razoables e que, incluso, algún deles estaríamos dispostos a asumir e, polo tanto, este presuposto consolidado en torno a eses 150.000.000€, reflexa unha serie de cuestións e o presuposto ó final é o documento básico polo cal teñen que rexerse todas as Administracións, é o documento onde leva, ó final, as políticas, a forma de actuar, os comportamentos, a forma de entender como se debe de gastar os diñeiros públicos. A min me gustaría facer unha primeira reflexión e a primeira reflexión é importante, sobre todo, ¿a que está destinado este presuposto? e ¿que contén este presuposto?. Eu, buscando nos datos, hai un dato que realmente, aínda como responsable de economía e defendendo os presupostos e creo que tendo certa idea de cales son os números desta casa, pedín un dato que me sorprendeu e teño que agradecelo ó departamento de Persoal e, sobre todo, á súa responsable, María Jesús, porque me pasou uns datos que eu creo que deberíamos reflexionar todos. Ano 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015, esta Deputación destinou 64.683.872€, é dicir, a Plans de emprego que foron destinados a 8.634 persoas. Digo ben, non me estou equivocando, é dicir, despois se queren poden ter a fotocopia, vostedes, os medios de comunicación, o que queiran, 64.683.000€, en un, dous, tres, catro, cinco anos, dirixidos a 8.300 persoas. ¿Que quere dicir?. Que esa é a clave da política do Partido Popular, deste Goberno e deste Presidente, é a clave. ¿Por que?. Porque estamos falando de emprego, estamos falando do paro que é galopante e estamos falando de cotas que, gracias a Dios, se están rebaixando pero que, evidentemente, tiña que ser o obxectivo de todos. Acabámoslle de falar agora de manter esas empresas nun polígono e desenrolar os polígonos industriais que é, loxicamente, o que temos que … Pero este é un documento básico, e dese diñeiro, claro, podíamos dicir, bueno, pois é unha cantidade global, pero este ano estamos destinando sete, case oito millóns de euros, neste ano, no que vén no presuposto do 2015, porque me poderían dicir vostedes pero, ¿para que nos soltas ese rollo do ano anterior?. Porque hai que ver, evidentemente, a vontade que ten cada Goberno. E, con respecto ós Plans de emprego eu creo que é unha cuestión fundamental. Despois hai outra historia, outro tema, outro plantexamento, ¿cal é a estrutura económica desta casa?. Esta casa ten unha situación económica espectacular. O outro día dicía unha frase máis vulgar pero hoxe digo, espectacular, porque se está facendo amortización da débeda nos últimos anos, desde o ano 2012, se fixeron dezanove, vinte e tres, trece e 13.000.000€ este ano, unha vez máis. Ó final, ó finalizar o ano 2015 vamos a ter unha débeda só de 40.000.000€ cando no ano 2012 estábamos por riba dos 100.000.000€. Esa é unha situación de traballo, de estruturar ben os cartos, de investilos en condicións, que non sexan gastos que sexan inversións, a maioría, e sobre todo, destinalos ó que realmente ten retorno e, por iso, eu creo que aquí hai un traballo, tamén, de toda a Intervención, co seu Interventor ó fronte, porque estamos falando de que este ano a débeda ó finalizar o ano vai a ser de 40.000.000€, vamos amortizar débeda por 13.000.000€ e algo máis importante é que non vamos a incrementar a débeda, a débeda vai a ser cero. E con todo este escenario macroeconómico, ¿que estamos facendo?, pois, plans de emprego, que acabo de explicalo. Pero, tamén me quería referir a certas cuestións, que creo que son importantes. Unha vocación clara e concreta dun apoio a tres sectores fundamentais ou catro, diría eu, da nosa Provincia, ó sector social, ó sector cultural, ó sector deportivo e ó sector turístico. E claro, podemos ir ós datos, é dicir, para concretar, en acción social temos unha inversión importantísima dentro do Orzamento da Deputación, estamos a falar, case, de máis de 15.000.000€, é certo, é certo que aí temos contabilizado Príncipe Felipe, que estamos a falar de 12.000.000€, pero hai que contabilizalo porque Príncipe Felipe é un dos servizos máis importantes, non que hai en Galicia senón que hai en España, polo seu servizo, pola súa calidade, polas súas prestacións e por que tipo de servizo presta. Polo tanto, aquí, á parte doutras cuestións, de programas de todo tipo que se poden dicir e que non hai ningún problema, de servizos sociais, de axuda a domicilio, de traballadores sociais, de risco de exclusión social, de partidas para asociacións, para especializadas, discapacitados, drogas, maiores, mulleres. Bueno, non vou a relatar agora, que vostedes saben perfectamente cal é o fondo e en que se gastan estes cartos. Polo tanto, o departamento de Acción Social, que tamén dirixe a compañeira Marta Iglesias, eu creo, que hai que felicitalos. Pero, entramos tamén no tema deportivo, hai un dato, que dende hai catro anos pasamos de ter cero nenos e nenas nas escolas deportivas a ter nove mil, nove mil nenos e nenas nas escolas deportivas de toda a provincia, de toda a provincia e, sobre todo, dunha maneira especial naqueles concellos pequenos que a súa actividade é gratuíta, a Deputación paga absolutamente todo. Que creo que haberá que reconducir, ó mellor, este tema no futuro se a situación económica se vai resolvendo, pero que, en calquera caso, ó día de hoxe e nos últimos cinco anos pasamos de cero a nove mil nenos e nenas nesas escolas deportivas gratuítas da Deputación de dezaseis modalidades distintas. Aquí, podemos falar tamén das axudas a actividades deportivas, a clubs deportivos, a clubs federados, a clubs de aficionados. Se incrementou en case todo, en case todas as partidas, se foi a maiores tamén, non só no que o deporte base e deporte federado, senón tamén á formación de técnicos, que é fundamental, que é fundamental, se están facendo cursos de xestión para a formación de técnicos que creo que, ó final, é moi produtivo e interesante para que persoas que se queiran introducir no deporte que teñan unhas capacidades, e teñan unhas condicións e unhas cualidades mínimas. Tamén se apoiaron os eventos deportivos de alto nivel, porque teñen repercusión, porque isto xa non teñen un retorno única e exclusivamente deportivo na actividade senón que ese retorno turístico, social, cultural, é dicir, ó final hai un retorno económico importante en eventos, como puido ser a Volta a España, como poden ser os campionatos do mundo que se celebraron aquí, que moitas veces, incluso, nós mesmos descoñecemos que se están celebrando campionatos do mundo de certas actividades. En definitiva, eu creo que a nivel deportivo se está facendo un magnífico traballo, bueno, pois aí están os resultados. A nivel cultural, e polo tanto, tamén a nivel deportivo, a responsable que leva estes temas, que é Begoña, que está facendo, creo que tamén, un bo traballo. A nivel cultural, eu creo que é difícil que se poida comparar unha Institución coa nosa, é difícil, calquera Institución que se poida buscar a nivel galego, ou sexa, non teño ningunha dúbida, pero incluso a nivel nacional, do que se está facendo na cultura da nosa provincia, desde os plans culturais, desde subvencións de apoio á cultura e actividades culturais, tema de instrumentos, grupos folclóricos, corais, bandas de música, apoio á UNED, apoio ó Museo de Pontevedra e a outros museos coma o Marco; e bueno, actividades, a memoria de actividades para o ano 2015 se lla relato agora aquí estaría os quince minutos que me comprometín e, polo tanto, eu creo que a nivel cultural é que non hai comparativa de ningún tipo co que se está a facer nesta Administración con respecto a outras Administracións. Polo tanto, a Ana, tamén, o noso recoñecemento do equipo de goberno, que creo que ese traballo está aí. A nivel de turismo, eu creo que é difícil, é difícil superar o traballo que se está a facer, que se fixo e que se continúa, desde a información, desde a promoción turística, desde os sistemas de calidade, de intentar traer proxectos importantes para a nosa provincia, vender a marca fóra, no estranxeiro, que é importante traer turistas estranxeiros, creo que estamos moi consolidados no turismo do noroeste peninsular e no turismo nacional, e creo que a marca Rías Baixas hoxe é unha marca considerada, é unha marca que ten un prestixio importante. Aí hai un proxecto fundamental, un proxecto fundamental que son as Pousadas que, vai a ter un recorrido, estou totalmente convencido, a medio e a longo prazo moi positivo, moi positivo porque estamos falando de accesibilidade, estamos falando dunha forma nova de dar un servizo distinto e eses servizos se se concretan ben, se se teñen bos profesionais e creo que hai bos profesionais ó fronte desa dirección, o futuro das Pousadas está totalmente garantizado e, estou totalmente convencido que vai a ser, tamén, un deses proxectos que co paso do tempo nos vamos a dar conta de que son positivos. Pero todo isto sería o normal, sería ingresos, gastos, unha estrutura económica adecuada, políticas razoables, facer a inversión razoable que sexa inversión e que non sexa gasto, bueno, se pode considerar ata normal pero, evidentemente aquí, non hai normalidade, hai uns resultados de boas xestións. Pero esa boa xestión tamén ten que estar complementada con algo fundamental que é a xestión que se faga a maiores dos ingresos e gastos que poidan ter habituais cada institución. E aquí hai varios temas, eu antes non o saquei pero era importante e fundamental a xestión, o tema das cancelas, o tema das canceiras, digo, o tema dos residuos sólidos, o tema de servizos mancomunados que se queren facer e que, como dicía o Presidente, a solidariedade, a cooperación e a comprensión dos concellos é fundamental. Ó final, ¿que estamos facendo?, pois o que pretendemos, cando foi a moda das mancomunidades, ¿cal era o obxectivo das mancomunidades ou das áreas metropolitanas?, xestionar o mellor posible, con menos recursos e con calidade que os servizos ós cidadáns sexa o mellor, pois nós, ata iso, niso se está traballando dunha maneira importante, como os residuos, como o tema do cans, como, pode ser o ORAL, que o puxo de exemplo o propio Presidente porque, ó final, o ORAL está facendo un traballo magnífico. Pero hai algo que moitas institucións abandonaron, ou se olvidaron, ou non quixeron traballar neses proxectos, estamos a falar dos proxectos europeos. Nos últimos cinco anos se xestionaron de recursos económicos para esta casa 72.000.000€ para distintos proxectos europeos, é dicir, ingresaron 72.000.000€ nesta casa para distintos proxectos europeos nos últimos cinco anos, non os vou a relatar todos porque senón sería interminable. Pero é certo que para levar iso a cabo hai que pór unha parte, ás veces, da propia Administración e hai proxectos que ás veces son, certamente envelenados, que hai que resolvelos porque alí miran o titular pero aquí hai que desenvolver e desenvolver desde o primeiro euro que entra ata o último que se gasta. Polo tanto, en proxectos europeos igual que no Plan de emprego eu podo dicir que, eu me atrevería a dicir que non hai ningunha institución a nivel local en España que teña ese volume destinado de diñeiro. Estamos falando de setenta e de sesenta e cinco millóns de euros, vostedes o poden contemplar. Pero, á maiores nos quedan tamén proxectos importantes e dúas cidades, porque, claro, cando se fala da Deputación parece que só hai diñeiro para uns e non hai diñeiro para outros, e iso non é certo. A relación que se mantivo co concello de Pontevedra nos últimos anos é realmente, eu creo, que exemplar, primeiro, polos comportamentos políticos que, con distintas ideoloxías, BNG e Partido Popular, se chegaron a acordos, e iso é importante, é importante para a cidade, é importante para a Deputación, é importante para Pontevedra e é importante para todos os concellos, que exista esa relación dentro das diferenzas que, loxicamente, se poidan plantexar, pero aí están os datos e os datos, eu creo, que o Museo, que a titularidade sexa da Deputación pero é un servizo para a cidade de Pontevedra, o Estadio de Pasarón exactamente igual, e as pontes que se fixeron exactamente igual, etc., etc., non quero entrar en detalle, pero aí está. E con respecto a Vigo, hai sempre unha gran mentira e eu quero hoxe, tamén, sacar algún dato, algún dato porque, loxicamente, ás veces nos calamos ou non dicimos as cousas, porque bueno, non queremos entrar en confrontación ou buscar enfrontamento con outras Administracións. Pero miren, agora mesmo, cando terminemos este Pleno a Deputación de Pontevedra vai a ter 4.700.000€ destinados para o Estadio de Balaídos, 1.300.000 dunha modificación de crédito que xa aprobamos, máis o que vai no contido deste Presuposto, que son tres millóns trescentos e pico mil euros máis dous centros cincuenta mil para axuda doutros clubes. Pero isto non é só, única e exclusivamente este ano, é que a Deputación de Pontevedra nos últimos catro anos destinou máis de 30.000.000€ á cidade de Vigo en diversos conceptos culturais, sociais, campos de fútbol, instalacións deportivas, etc., etc., etc., e digo ben, en torno a 30.000.000€, e esta afirmación cando queiran lla demostro. Polo tanto, esa mensaxe de enfrontamento e de confrontación, pola nosa parte, é totalmente falso, falso, e creo que a partida máis importante, polo menos desde que eu levo aquí, desta Institución para unha cidade está nos Presupostos de hoxe, e digo ben, a partida máis importante presupostaria dos últimos doce anos desta Deputación están nestes Presupostos, que son tres millóns e pico de euros, tres millóns trescentos e pico mil euros para o Estadio de Balaídos, a maiores do que está xa na modificación de crédito que dicía anteriormente que suma, aproximadamente, 4.700.000€. Polo tanto, eu pediría prudencia, pediría respecto por esta Institución a algúns representantes de Vigo, lle pediría respecto porque senón están mentindo, manipulando, enganando á opinión pública. Bueno, eu creo que me pasei, que hai outras cuestións das que podíamos falar pero eu creo que hai un traballo, un traballo ben feito, un traballo que a nivel económico, esta casa ten unha situación económica espectacular, que pode ter posibilidades de inversións no futuro, a curto, a medio e a longo prazo e que as inversións que se están facendo, se están facendo como tales, como inversión, na maior parte dos casos sempre inversión e o menos gasto posible, pero os apartados sociais, culturais, deportivos, a nivel turístico, a nivel de apoio ós concellos, é dicir, aquí van destinados entre ese Plan que aprobamos hoxe as bases, máis cantidades que hai con respecto ós concellos e estamos falando de case 25.000.000€ que van destinados ós propios concellos directamente, eu creo que ese traballo está aí. E eu tamén felicito a esas persoas que traballan nos proxectos europeos que son complicadisimos, complicadisimos pero, sobre todo, o máis importante, o Plan de emprego. Se algún día queren abrir algún debate, aí están, 65.000.000€ destinados a Plan de emprego de distintos conceptos, que llos podo ler, se queren, e destinado, aproximadamente, a 8.000, neste caso concreto, a 8.304 persoas, quédense co dato que é importante, 65.000.000€ destinados a plans de emprego nos últimos cinco anos, destinados a máis de 8.000 persoas e iso é certo, está nos datos, está nos papeis, e ninguén o pode contradicir, só aquel que queira manipular ou confundir á opinión pública. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Teoricamente estamos aquí ante o debate máis importe do ano que é o dos Orzamentos e a súa aprobación. Bueno, antes de nada, vaia a nosa queixa porque veña como un asunto ordinario e, incluso, con limitación de tempo, que agora vamos a coller nun Pleno bastante denso, bastante … Sr. Figueroa Vila.- … Foi unha conversación entre os tres voceiros de dicir, oe, vamos a dar un tempo razoable de quince minutos, vinte, … pero ten todo o tempo que queira. Non, non, non estropee o discurso. Ten todo o tempo que queira. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a intentar incluso ser máis curtos. Bueno, no debate do ano pasado cargábamos a man nun problema que viamos, que entendemos que non era bo para toda a provincia, en particular, para a administración local, que era esa confrontación entre a Deputación e o concello de Vigo, como as dúas máis grandes administracións locais. Bueno, a partir daquela se para algo serviu, nós encantados, parece que algo melloraron aínda que segue aí, polas intervencións do Portavoz do PP, con bastantes problemas, parece que non se superaron totalmente, aínda que se logrou ese convenio para Balaídos e agardo que esa sexa a vía. Cita o Sr. Figueroa as relacións entre a Deputación e o concello de Pontevedra, nós, creo que témolo dito moitas veces e incluso agora, así o sabe o Sr. Presidente, para o premio este que nos deron da ONU, “Hábitat”, ía a Deputación como “partilleira” do premio, porque cremos que o merecía, ten feito unha colaboración e demais no modelo que creo que o merecíamos, o cortés non quita o valente, e creo que é absurdo estar intentando quitarlle méritos ós demais, non creo que ninguén luza máis por quitarlle méritos ós demais, ¿non?. Esta corrente que se estendeu, incluso, nos grupos políticos, de que para destacar un pon ó lado á xente que está máis limitada, non, non, ó contrario, quere dicir, se un destaca e ten ó lado institucións ou xente que destaca tamén, pois mire, non son o rei, non é o torto no reino dos cegos senón que é no dos intelixentes, digo, entre Administracións e entre persoas, é a nosa maneira de entendelo, polo tanto, aí non hai ningún problema. E despois, con respecto das mancomunidades, eu, é algo que tamén quería comentar, que tal como está a arquitectura institucional, cando menos, este portavoz sempre entendeu que as mancomunidades estaban atadas de pés e mans e non era posible que tiveran unha funcionalidade boa, porque senón ten competencias substantivas nin ten ingresos propios, evidentemente, nin pode haber eleccións nin nada diso, evidentemente, non funciona e, de feito, foi unha tendencia e unha moda de que había que facer mancomunidades pero o problema e despois na práctica demostrouse que non, obviamente, ou se modifica a arquitectura institucional e constitucional e as deputacións perden funcións ou desaparecen e se priman e se lle dan competencias a outras ou senón non hai moita maneira. Bueno, entón, as deputacións existen, polo tanto, está ben que exerzan as súas competencias e que as exerzan da mellor maneira posible. Pero non quero facer o mesmo, digamos, erro que cometeu, ó noso entender, o Portavoz económico do PP, que falou case de todo menos dos Orzamentos, ¿non?, e vamos a intentar falar dos Orzamentos aínda, que o tempo sexa posíbel. Pero antes, unha matización sobre o propio discurso, Sr. Figueroa, soa a despedida que mete medo, ¡eh!, e a xente que estivo citando, eu botaríame a temblar, botaríame a temblar de que parece dicir, “agradecido dos servizos prestados, acabouse un ciclo e vámonos”, a verdade é que soa a despedida e ó Presidente non sei se lle está colocando sitio na Federación Española o Galega de fútbol, non o sei, pero ese tipo de discurso, de balance, de agradecementos e de falar máis do pasado, os cinco anos pasados, os dez, os doce, os vinte e catro, os cincuenta, traballaron de marabilla, fixeron glorias e non sei que, ¡hui!, ¡hui!, non sei se era a intención ou lle traicionou o subconsciente, pero iso é así aquí e en Lima, iso é a así aquí e en Lima. En fin, entón, non sei se, do que máis falou foi de deporte, supoño, claro, pola relevancia do Presidente, a ver se así o coloca na Federación Galega de Fútbol, o apoia e o demais, máis ou menos, foi polo mesmo, exactamente, polo mesmo camiño. Con respecto ós Orzamentos en si, e agora entramos no asunto. Mire, vamos a ver, estes Orzamentos son profundamente procíclicos, ou sexa, cando esta casa, mirando a traxectoria, por exemplo, de seis, oito anos ou o que sexa, podía perfectamente tirar, aumentar o gasto público, diminúeo, coas consecuencias que ten, ou sexa, neste momento que a iniciativa privada non tira, pois, a Administración nós entendemos que debe cumprir dúas funcións, basicamente, á parte doutras, pero digo no aspecto económico, un, de servir de redistribución da riqueza, para corrixir os problemas sociais e de ingresos que poida existir, e dúas, servir de corrección do ciclo económico, cando a iniciativa privada falla, pois, que a Administración o corrixa, porque senón se a iniciativa privada non inviste, non xera emprego, non xera dinámica económica, a Administración fai o mesmo, ou sexa, agrava o problema. Comparemos os Orzamentos desta casa, por exemplo, deste ano cos que tiña, por exemplo, hai sete anos e daquela eran expansivos, cunha cantidade de investimento, se cadra tres veces o que ten agora, etc., xerando dinámica económica, ou sexa, o contrario, cando a economía privada tira, vai moi ben, pois, a Administración presta servizos pero non, digamos, acelera o ciclo económico dándolle máis impulso e metendo máis investimento, entón, daquela se endebedou esta Deputación dunha maneira enorme e agora, ou sexa, para investir, e agora non, se dedica a amortizar, se dedica a amortizar, nin máis nin menos que cunha débeda relativamente pequena e sobre un Orzamento de 148.000.000, catorce se van a amortizacións e o ano pasado foron máis. Bueno, claro, entón é cando non se pode xogar coa débeda desa maneira, é dicir, xusto ó contrario, ou sexa, estase facendo un mecanismo procíclico que creo que é o máis grave, é o máis grave de todos estes Orzamentos. Desde logo, faleino co Interventor, e ademais non pasaba nada porque este ano, por exemplo, cando se fixo a amortización anticipada se negociara que era amortización anticipada por adiante, non por atrás, ou sexa, que este ano, por exemplo, o ano que vén ou xa o ano pasado non se fixera amortización e se deixara para o final, porque o tipo de xuros é moi pequeno e se cadra estamos falando de que está pagando de intereses o 1% ou unha cousa así, ou sexa, que non é nada preocupante os xuros que hai que pagar e, entón, este ano teríamos catorce millóns máis, ou sete ou oito, bueno, os que foran para investir. E claro, con esas medidas estamos nunha situación na que diminúe o investimento e demais, claro, os plans de emprego nós apoiámolos, que quede claro, vale, pero é que o problema é que, di vostede, 60.000.000, bueno, pero é que se podían sacar doutro lado, ou sexa, que non é unha confrontación dos plans de emprego e investimento, pero 60.000.000 en investimento, pois, ¿cantas empresas directamente ou indirectamente podían subsistir e manter non sei cantos postos de traballo?, seguramente uns cantos centos, non miles, gracias a ese investimento a maiores. Entón, claro, se facemos unha política que reducimos investimento e xeramos máis paro e despois facemos plans de emprego, claro, se mantemos investimento e facemos o Plan de emprego, estamos corrixindo o paro, pero se baixamos o investimento, xeramos máis paro e despois facemos plans de emprego de seis meses ou o que sexa, pois, estámoslle quitando, ou non, ou collendo cun caldeiro auga nun lado para botalo noutro, que vai a ir ó mesmo sitio. Eu creo que é o fundamental e o característico destes Orzamentos e cremos que é un erro grave, é un erro grave, xa habería tempo se a conxuntura económica varía, se os créditos tiveran un interese do 10%, evidentemente, amortícenos a correr, pero estando ó un, xa haberá tempo, supoño que a coxuntura económica cambiará ou, polo menos, mellorará algo, xa haberá tempo de amortizar e, polo tanto, non facer unha política económica tan, tan procíclica, tan agravando a depresión económica na que estamos. Dito isto que é o xeral dos Orzamentos, nós presentamos unhas emendas que non foron aceptadas, unha, en parte, xa viña nas bases de execución pero outras non e, basicamente, viñan a que nos Orzamentos, historicamente, veñen aparecendo uns centos de subvencións nominativas que nalgún momento se puxeron, hai algunhas que non temos nada que dicir como as deportivas e demais, pero hai outras que nalgún momento se puxeron e xa, eu creo, nalgunha xa ninguén se acorda por que se puxeron, pero puxéronse. E hai, seguramente non, hai, unha arbitrariedade e unha discriminación entre uns beneficiarios e outros que cremos que non ten ningún sentido, entón, cremos que iso se debería corrixir, igual, temos o famoso Plan de Acción Comunitaria, que sucede o mesmo e demais. Pero, no Orzamento de gastos que é o máis, digamos, o máis transcendente, nós, en principio, presentamos unha moción que non foi aceptada e parece que non vai ser aceptada e demais, e creo que vai ó fondo de como se pode redistribuír unha política e a quen se dirixe. A Universidade nestes momentos está como está e non vamos poder corrixila pero, si hai, o que é as liñas de investigación que estaban ocupando a toda unha serie de recén graduados ou masters que estaban, digamos, formándose, preparándose e ocupados para, bueno, se topan traballo aquí, pois sería o ideal pero senón, polo menos, ir a traballar a outro lado como man de obra extraordinariamente cualificada, como investigadores e demais. Aquí esta Deputación fixo un esforzo co Proxecto este de satélites, de microsatélites e, de feito, permitiu que onde houbo trinta enxeñeiros de telecomunicacións formándose, que quedou en cero en certo momento, a maioría estean traballando agora na Axencia Espacial Europea, na NASA, na Axencia Espacial Británica ou noutros lados, como persoal sumamente especializado e, á parte, a un custo desa especialización de “catro perras”. Iso case chegou a non ter ninguén e nestes momentos volve a ter xente formándose gracias ás axudas que se fixo por parte desta casa e tamén outras coma o concello de Pontevedra. Pero é que só foi un caso e nós o que estabamos pedindo é que se adicara un millón, un millón e medio, para outro tipo de proxectos que os hai, sumamente interesantes, e que nos permita, digamos, e tal, iso tamén é combater o paro, é máis, é lograr persoal altamente cualificado que, por desgraza, a maioría non vai poder traballar aquí pero se ten que ir a traballar a outro lado, se ten que emigrar, mellor é que vaia altamente cualificado a que vaia recén graduado e demais. Son as mellores cabezas que temos, son as mellores que temos, os que poden e teñen esa capacidade para investigar e facer a tese doutoral ou o que sexa. Entón, pedímolo mediante unha moción no seu momento, non se aceptou, e cremos que é un erro e que vai a desmantelar, porque despois volver a recuperar unha liña de investigación custa moitísimo, entón, hai varias que están morrendo, unha delas era esta dos satélites, pero hai outras varias nas facultades de Pontevedra e de Vigo que cremos que é un error non dar a posibilidade de que se manteñan porque eran pioneiras a nivel mundial e unha vez que se perde o pé nesto non se recupera. E tamén, propoñiamos unha, que era, que se poña unha consignación para dotar de servizos á Planta de abono orgánico que se está facendo nestes momentos o estudo de viabilidade, que agardemos que estea a final de ano. E despois propoñiamos que se arrancara con novos convenios que son, no caso de Vigo, ten un con Pontevedra e Vigo, no caso de Vigo, un compromiso, incluso hai firmado un protocolo para o Centro cultural de Coia, e no caso de Pontevedra, algo que está falado, que quedou pendente no seu momento para outra volta, outra volta, agora estamos a final de mandato, hai que pensar nun futuro e estaría ben que quedara, dalgunha forma, comprometido e posto en marcha, con moi pouca cantidade, 100.000€ para o acceso a Monteporreiro, polo suroeste, que está, o difícil da obra está feita e sería facer un tramo que permitiría entrar a Monteporreiro desde o paso que hai ó final de Tafisa por debaixo do tren, pero sería arrancar, non se está pedindo que consigne toda a obra nin nada senón que quede cara o futuro. Esas eran as emendas concretas que presentamos pero, xa digo, dentro deste marco de fondo que cremos que esta Deputación fixo moitas cousas, unhas mellor e outras peor, pero o que é a política económica e xeral como Institución foi profundamente equivocada, ou sexa, profundamente equivocada nese sentido e estes Orzamentos veñen a incidir neste mesmo problema. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Bos días de novo. Bueno, eu vou a tratar de non incomodar ó Sr. Portavoz do Partido Popular que, pouco menos, quería que falara dunha forma determinada e a ver se o consigo, eu teño a miña valoración dos Presupostos pero espero que non se incomode, claro, porque eu non se me ocorrerá dicirlle o que me ten que contestar nin como, de verdade. En todo caso, hai algunhas cuestións que cambiaron con respecto ós últimos exercicios, con respecto ós Presupostos estes foron entregados por primeira vez cunha semana de antelación a traelos á oposición, a traelos a este Pleno. É certo tamén que o Grupo Provincial Socialista habiamos denunciado que foran presentados polo Presidente da Deputación a alcaldes, a alcaldesas do Partido Popular nunha xuntanza de partido coa Conselleira da Xunta de Galicia, polo tanto, pois ó mellor tamén foi iso o que fixo posible que nolo entregaran á oposición cun mínimo de tempo para podelos estudar. Dende logo, a nosa valoración non difire moito dos anteriores Presupostos en tanto e canto vemos que seguen sendo uns Orzamentos sobre o papel, é dicir, que vostedes colocan as partidas dunha maneira que pretenden contentar a todo o mundo pero que despois vemos ó longo do desenrolo do exercicio destes Presupostos que, certamente, o que se fai é, a través de modificacións e suplementos de crédito, cambiar todo totalmente o que aquí se aproba hoxe, inicialmente, e aprobaremos definitivamente en vindeiras datas. En todo caso, hai outra variable que si que é novidosa, que é a premura para aprobar o Plan de obras e servizos e tamén a premura para aprobar o Plan de emprego, que nós o valoramos positivo, pero dá a impresión que a premura neste cuarto Presuposto vén dado, e nós estamos convencidos de que é así, polo proceso de eleccións municipais que se desenvolverán no vindeiro mes de maio e de aí esa présa para poder sacar todo isto adiante. Vemos nos medios de comunicación, ultimamente, de que se fai unha publicidade de inversións de 16.000.000€ da Deputación que veñen aquí tamén, no Presuposto, e cando entramos un pouco no detalle vemos que eses 16.000.000€, 9.000.000 son para persoal, que por certo, se incrementa en 1,22%, 3.000.000 para gasto corrente e 4,1 millóns para persoas con dependencia. E tamén, vemos nestes Presupostos que o gasto corrente, a pesar de que poida aparentar que si, nunca o hai realmente porque non hai unha redución efectiva, o que sucede é que se pasa, se transfire o Servizo de recollida de lixo. E tamén, nas transferencias correntes non medran, non medran porque a realidade é que as inversións caen nun 45% quedando en 18.000.000€. Reitero, son os Presupostos sobre o papel, uns Presupostos pensando na vindeira, xa na campaña electoral das vindeiras eleccións municipais porque vemos como agora entra a présa en axilizar ó máximo as axudas ós concellos, ¿non?. Vemos que os propios fondos destes 6.000.000€ que falaba o Sr. Figueroa para emprego nestes primeiros seis meses, é dicir, van a coincidir en plenas eleccións. E tamén, dende logo, o propio Plan de obras e servizos que está dotado con 12.000.000€ e que se quere desenrolar na primeira metade do ano e, sen embargo, o deste ano estaba fai mes e medio sen practicamente desenrolo. Por iso vén a este Pleno con esa premura para que os alcaldes, alcaldesas do Partido Popular, poidan celebrar e inaugurar actuacións, actuacións, actuacións nos seus concellos antes das eleccións municipais porque vemos que só se lle dá, como dicía moi ben o meu compañeiro na intervención anterior, trinta días para presentar o Plan de obras. Pero no Plan de emprego nós vamos a insistir, vamos a insistir e vamos a crer nas palabras do portavoz do Partido Popular de que haberá cousas que se corrixirán, porque é certo que nos primeiros Presupostos, nalgún presuposto, a Deputación anterior a este mandato, os Plans de emprego incluían a todos os concellos da provincia pero os últimos Plans de emprego non contemplan as cidades de Vigo e Pontevedra. E eu lles quero insistir, señores do Partido Popular, eses veciños e veciñas, desempregados e desempregadas desas dúas cidades, ¿que pasa?, ¿non son da provincia de Pontevedra?, ¿están en outro lugar?, ¿non pagan impostos?, ¿non teñen dereito?. Pois nós o que reivindicamos que se hai un Plan de emprego, se hai calquera tipo de acción que sexa para todos os veciños e veciñas e non só para uns poucos. Vemos tamén que non sofre merma ningunha, algunha partida, como é 1.300.000€ que dispón o Presidente para publicidade. E tamén, nós temos que reivindicar aquí as nosas cinco emendas, que realmente non eran emendas de moito importe económico nin foron explicadas na Comisión do día de onte, pero que realmente o que ían indicadas é as dúas cuestións que creo que son prioritarias de calquera institución neste momento, como é políticas de emprego e políticas sociais, que é o que nos están a demandar os veciños e veciñas, e as nosas mocións ían dirixidas nese senso, máis unha de Redondela, que eu sinto que non estean os nenos e nenas do colexio que nos acompañaron esta mañá, das Neves, porque realmente aínda que non lles afecte a eles directamente pero, si, lle afecta a colegas deles como é a que se presentou onte por urxencia referida á parroquia do Viso en Redondela, onde o que se solicita, entre outras, son beirarrúas a carón do Colexio de Cesantes onde os nenos e nenas corren riscos. Foi rechazada, tamén é certo que a presentamos como urxencia, pero eu lles quero dicir que no mesmo momento que aquí a rechazaban a estaban aprobando todos os grupos políticos da corporación municipal de Redondela. Como ven, son mocións que van dirixidas ás persoas e, dende logo, que nós criamos que podían ser atendidas. E nós, neste sentido, sabemos que pola súa banda teñen xa decidido estes Presupostos, non temos nada que obxectar, unicamente, algunha cuestión das que dixo o portavoz, o Sr. Figueroa, dalgunhas consideracións das que fixo, que fala do que se inviste en Vigo, nós defendemos a toda a provincia, Vigo tamén, como non podía ser menos, é unha poboación de case trescentos mil habitantes, ¿como non a vamos a defender?, ¿non?. Eu non vou a entrar aí agora en disquisicións, se foi a inversión ou non, se tiña que ser en campos de fútbol ou non, ou se Balaídos ten algo que ver con algunha elección agora dalgunha federación, eu non vou a entrar niso porque non ten lugar, pero si, por exemplo, algo do que vostedes falan e eu creo que debe ter un resposta, cando vostede fala da débeda, que é amortización, que agora se vai a facer en 2015 e que a 31 de decembro de 2015 vai a quedar en 40.000.000€. Bueno, quen se endebedaron foron vostedes, señores do Partido Popular, a débeda, a débeda que hai a fixeron vostedes, non apareceu esa débeda. A débeda no ano 2008, dun Presuposto de 145.000.000€ era de 91.000.000€, ó límite legal, ó límite legal, eses 92.000.000 non foi o Partido Socialista nin por cuestión divina, ¿verdade?, iso foi porque alguén pediu e se endebedou. E no 2009 dun Orzamento de 73.000.000 a débeda seguía sendo 96.000.000. Ben, que está ben que se amortice e nós non vamos a dicir, pero non nos venda isto porque a débeda a adquiriron vostedes. Nós saudamos moi positivamente, de verdade, a inversión que se vai a facer en Balaídos porque, ó final, e o dixemos, é mover a economía, é xerar emprego. Saudamos positivamente tamén o que se adica a Plan de emprego e o que se dedica a políticas sociais, porque cremos que ese é o camiño, igual que as inversións, igual que as inversións que viñamos reclamando que foran os concellos os que contrataran, que foran os concellos os que fixeran as adxudicacións e parece que, finalmente, vai a ser así e iso, ó final, ó final é o que fará posible que no transcurso desta terrible crise que se poida, dalgunha maneira, desde a Administración pública, corrixir, en parte, esta problemática. Polo tanto, pola nosa parte eu creo que queda explicado suficientemente a nosa opinión sobre estes Presupostos e quedamos para a segunda, se hai intervención do Partido Popular, pois, interviremos se procede nun segundo turno. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sr. Figueroa, brevemente, así para rematar xa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, coa primeira intervención do Sr. Mosquera, por suposto que me sinto moi orgulloso, é que vostede non se deu conta a quen eu felicitei, non se deu conta, ás tres Deputadas, que están traballando aquí todo o día e por iso fan un traballo magnífico, que o están facendo e, por suposto, tamén, á alcaldesa de Marín, é dicir, porque ter catro persoas deste nivel, desta formación e desta capacidade de traballo eu, dende logo, me sinto orgulloso como compañeiro delas, porque o están facendo francamente ben, cada unha na súa tarefa, polo tanto, eu creo que é realmente, realmente para felicitalas, é dicir, para felicitalas pola súa capacidade, polo seu traballo, pola súa dedicación. ¿E sabe o que me vén á cabeza agora?, que vostede criticou bastante, que acertamos na supresión dos organismos autónomos, porque esta casa funciona mellor e non só funciona mellor, está aforrándose entorno a un 1.000.000€, e iso vostede o criticou. E mire, por iso hai que felicitalas, ¿como non se van a felicitar?, cando unha persoa presenta un traballo e presenta unha xestión como a que están facendo elas, evidentemente que hai que felicitalas. Polo tanto, volvo a reincidir na miña felicitación. E ó Presidente, fixen o mesmo, ¿por que?, porque a xestión de Barro-Meis, Sr. Mosquera, é para felicitar a calquera xestor, porque sabe das dificultades e porque el foi o que tomou a decisión da supresión dos organismos autónomos e acertou, e porque el fixo unha reestruturación desta casa, que se riron vostedes, dos deputados transversais, de cales eran as ubicacións, o territorio, pois, non só foi bo, foi un auténtico éxito. ¿Hai algún problema?. ¿A Deputación falla nalgún acto?. Non. ¿Asiste ós actos e comparecencias públicas en todos os sitios de toda a provincia?. Si. ¿Está en todos os concellos representado?. Si. Polo tanto, eu creo que o traballo está aí e ese é un traballo que vostede, ó mellor, non o quere mirar, vostede é matemático e mira os números, bueno, pois siga mirando os números, nós, ¿sabe para que estamos aquí?, para facer política, para facer xestión, para intentar trasladar aquilo que nos demandan os cidadáns facelo da mellor maneira posible. E isto é o que procede, evidentemente, que é o que procede. Despois están vostedes moi preocupados co Presidente, están moi preocupados. Mire, o Presidente só vai ós sitios cando o veñen a buscar, só lle digo iso, nada máis, reflexione coa frase que acaba de dicir, “Vai ós sitios cando o veñen a buscar”, e, polo tanto, creo que se demostrou durante todos estes anos, está demostrando a súa traxectoria, a súa forma de xestionar e a maneira de levar esta casa adiante. Vostede nos falou un día hai catro ou cinco anos de que esta casa estaba na bancarrota, está aí na hemeroteca, está na hemeroteca que estaba na bancarrota, que esta casa non ía aguantar, que non íamos a chegar a final de ano, que tiñamos un endebedamento tremendo, que non había inversión, que non sei que, que non sei canto e resulta que agora é unha das institucións máis saneadas non só de Galicia senón de España, das máis saneadas, das máis saneadas. E hai que seguir con esa política de incremento de débeda cero, porque dentro duns anos teremos débeda cero, hai que seguir coa política de amortización e, evidentemente, claro que estamos satisfeitos de que ó finalizar este ano teñamos só corenta millóns de euros de endebedamento, por suposto que si, que temos que felicitarnos e temos que estar orgullosos desa xestión. O que pasa é que aquí hai xestión, aquí, á parte de facer política, que estamos para facer política, evidentemente, porque somos políticos, tamén se fai xestión e claro, vostede di, “non, é que estamos de acordo cos plans de emprego”, só faltaba, só faltaba, ¿vostede que quería?, ¿que lle dera só o do ano 2015?, non, lle dou o dos últimos cinco anos porque é o normal, porque son 65.000.000€ destinados a plans de emprego, e hai que repetilo, hai que repetilo porque iso non é normal en ningunha institución, non é normal en ningunha institución, vostede di, “bueno, pois o diñeiro, en vez de amortizar a débeda que se destine a crear empresas”, pero é que tamén dentro deses plans de emprego hai prácticas laborais de empresa de persoas que terminaron a titulación e que non teñen onde traballar e que vai a ser o primeiro traballo, está sendo o primeiro traballo desde esta Deputación, o primeiro traballo e iso vostede non o di, nin o analizan, nin lles preocupa, pois a nós si nos preocupa, porque ó final estamos facendo todo, estamos facendo os plans de emprego e estamos tamén, por suposto, axudando ás empresas na medida das nosas posibilidades porque o tema de Barro-Meis é un tema fundamental para a área de Pontevedra e a súa comarca, fundamental, pero iso non cae do ceo, iso non é unha variña máxica que a alguén se lle ocorre, que di, “bueno, vou a chamar a tal empresa que se veña e que se instale aí”, non, iso custa moitas horas de traballo, moitos encontros, moitas conversacións, moitos estudos técnicos que hai que facer, e por iso hai que agradecer ós técnicos desta casa, etc., etc., etc. E con respecto á relación con Pontevedra e Vigo, xa a expliquei, a relación con Pontevedra entra dentro da normalidade, dos criterios razoables, non hai ningún problema, o Presidente o di publicamente moitisimas veces, creo que é como ten que ser; e a relación con Vigo, pois, alguén non quere que sexa boa e esperemos, porque se din que non queren o diñeiro para Balaídos non se preocupe que hai outros sitios onde levalos, ¿algo dixo así?, ¿non?. Entón, eu creo que Balaídos é unha obra importante pero non só Balaídos, hai que seguir mantendo a inversión social, a inversión cultural, a inversión deportiva dos demais clubs e hai que, por suposto, tamén seguir atendendo ós demais concellos da provincia, concellos que o necesitan pola situación económica, concellos que o necesitan pola súa situación de paro, concellos que o necesitan porque cada vez hai máis necesidades e hai que prestar mellores servizos pero, con todo isto que está nos números e está nos documentos e está nos papeis, ó final tamén a Deputación con esa xestión o que se está a facer é que a situación económica sexa brillante, e iso, pois, é bo, é bo que se encontre unha Institución solvente, unha Institución consolidada a nivel económico e, nós entendemos a política desa maneira e por iso vamos a seguir facendo políticas de cara ós cidadáns, ás persoas, que é o que se necesita, sen deixar, evidentemente, outro tipo de inversións que hai que seguir facendo porque as infraestruturas tamén son necesarias, aínda que priorizándoas da mellor maneira posible. Polo tanto, eu creo que o Presuposto, o dicía o Sr. Mosquera, o Sr. Mosquera ás veces se contradí, di: “Como o Presuposto é o documento básico polo cal se rexen as políticas …”, eu llo escoitei algunha vez, “… dunha Institución”, e despois colle e di, “Non, os números”. Cando lle interesan os números saca os números e cando lle interesa saca a teoría. Eu creo, Sr. Mosquera, que estes son uns Presupostos que cumpren coas necesidades da provincia, dos concellos, dos cidadáns, son uns Presupostos coherentes, con criterios de prudencia, con criterios de planificación e con criterios de xestión que é o importante. Claro, que ocorre, que mentres uns xestionamos ou xestionan, neste caso o Presidente, que é a cabeza visible, 70.000.000€ de plans europeos, outros xestionan cero. Cando algúns se dedican a facer e consolidar servizos para que se presten da mellor maneira posible e máis baratos, outros incrementan os servizos ou incrementan organismos autónomos. Vostede sabe perfectamente que nos organismos autónomos acertamos plenamente, plenamente, na distribución da xestión dos Deputados, mire que o criticou vostede, ata se cachondeou nalgún momento dicindo, “quen pertencía a unha zona, quen pertencía a outra”, pois mire, aí está a xestión, aí está a xestión de Ana Isabel, aí está a xestión de Marta Iglesias, aí está a xestión de Begoña e, por suposto, tamén felicitar a xestión da Alcaldesa de Marín. Polo tanto, eu me sinto moi orgulloso deste equipo e de ter o Presidente que temos e todos os compañeiros que temos. ¿Vostede quere tomalo como un discurso non sei que?. Non se preocupe, teña coidado que ó mellor a reacción e toda a contraria do que vostede pensa. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Quedou sen palabras o Sr. Mosquera. Non, damos outra voltiña logo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi brevemente, sen entrar no discurso de fondo, a ver, como diría, antes ás mozas, ás señoras poñíaselle de postas de largo e demais e, incluso se poñían cunhas faixas ou de majorettes, algo avanzamos, agora felicítaselle, en detrimento e demais, é curioso cando menos, eu, francamente, se estivera no lugar delas non estaría especialmente cómodo, especialmente cómodo, pero bueno, iso son cousas, cousas súas. Vale, vale, vale, son cousas súas, agora o que está claro é que non se desmonta para nada. Vostedes aquí se pasaron ata o ano 2009 pedindo crédito a esgalla, que foi unha decisión política e chegou un momento en que isto estaba, francamente, en risco de desequilibrio por exceso de débeda e despois adicáronse a recortala e fixeron a política absolutamente procíclica, ou sexa, está descrito antes e non creo que sexa cuestión de volver a darlle voltas. Agora, dígollo polo seu ben, Sr. Figueroa, está experimentado e demais, agora, asegúrolle que o discurso é absolutamente de despedida e demais, absolutamente de despedida. Bueno, evidentemente hai eleccións o ano que vén e, a saber, e igual non é certo, é dicir, igual resulta que repiten todos e, á parte, máis fortalecidos, iso o tempo o dirá e pronto o saberemos. Pero, o que si, o discurso foi absolutamente, absolutamente de despedida, ¿non?, se cadra, pois bueno, tamén chegou o momento en que, ou sexa, vostedes internamente traducirán o que sospeitan ou o que saben, iso xa é outra cousa. E, pola nosa parte, desde logo, non se entenda ningún ataque nin ningunha preocupación polo futuro do Presidente, simplemente que tanta felicitación e tanto non sei que, igual era tamén que o estaba despedindo, nada máis, digo eu, despedindo para o próximo mandato, nada máis, ¿eh?, nada máis. Bueno, eu levo despedíndome aquí dende o ano 95, entón xa non digo nada, vaia vostede a saber, vaia vostede a saber, dende o 95, eu non … Non, non, pero estamos falando do discurso dos Orzamentos e dos propios Orzamentos, ideas novas poucas e a maneira de enfocalos, pois, menos, en todo caso, brevidade absoluta, rematamos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, vostede xa leva aquí, eu creo que desde se fundou a Deputación, ¿non?, máis ou menos, nacemos ó mesmo tempo, pero bueno, … Si, o que pasa é que despois fixo algún paréntese, fixo algún paréntese, Crespo, si. El naceu canda a Deputación, naceron á par. Por iso, entón, vamos na boa dirección e vamos a aprobar o Presuposto para o ano 2015. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Polo tanto, queda aprobado o Presuposto para o exercicio 2015. Visto o expediente incoado para a aprobación do Orzamento Xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2015, integrado polo orzamento da Deputación de Pontevedra e o orzamento da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería, ó obxecto de atender as diversas obrigas de competencia provincial e dado que o mesmo se elaborou con observancia das prescricións legais e regulamentarias relativas ó mesmo. Considerando os ditames das Comisións Informativas de Economía, Facenda e Turismo, celebradas en datas 21 e 27 de novembro de 2014. O Pleno acorda, por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, a aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2015 que comprende: - O orzamento da Deputación, por importe de 148.430.050 euros. - O orzamento da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería, por importe de 493.205 euros. - O orzamento xeral consolidado, por importe de: - En ingresos………..148.558.050 € - En gastos ………….148.558.050 € -O orzamento do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, por importe de 3.198.350,00 €. - As bases de execución do Orzamento xeral da Deputación, e as específicas da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería. - Os cadros de funcionarios, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral e eventual da Deputación e da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. - O Anexo de investimentos para o exercicio 2015. - O marco presupostario a medio prazo 2015-2018. - A regra e límite do gasto para o exercicio de 2015. - Apróbanse os resumos por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos dos orzamentos indicados, que son os seguintes: A. ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 GASTOS DE PERSOAL 40.354.496,00 € 2 GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS 26.813.485,00 € 3 GASTOS FINANCEIROS 786.990.00 € 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 30.081.015,00 € 5 FONDO DE CONTINXENCIA E OUTROS IMPREVISTOS 1.000.000,00 € Total Operacións Correntes 99.035.986,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 INVESTIMENTOS REAIS 18.495.564,00 € 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 15.606.793,00 € 8 ACTIVOS FINANCEIROS 1.402.404,00 € 9 PASIVOS FINANCEIROS 13.889.303,00 € Total Operacións de Capital 49.394.064,00 € TOTAL ORZAMENTO 148.430.050,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 IMPOSTOS DIRECTOS 11.905.333,00 € 2 IMPOSTOS INDIRECTOS 12.290.772,00 € 3 TAXAS, PREZOS PÚBLICOS E OUTROS INGRESOS 10.019.183,00 € 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 108.803.283,00 € 5 INGRESOS PATRIMONIAIS 2.455.551,00 € Total Operacións Correntes 145.474.122,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 ALLEAMENTO DE INVESTIMENTOS REAIS 305.000,00 € 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 1.343.477,00 € 8 ACTIVOS FINANCEIROS 1.307.451,00 € Total Operacións de Capital 2.955.928,00 € TOTAL ORZAMENTO 148.430.050,00 € B. ORZAMENTO DA FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 GASTOS DE PERSOAL 443.205,00 € 2 GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS 46.900,00 € 3 GASTOS FINANCEIROS 100,00 € Total Operacións Correntes 490.205,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 INVESTIMENTOS REAIS 3.000,00 € Total Operacións de Capital 3.000,00 € TOTAL ORZAMENTO 493.205,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES 3 TAXAS, PREZOS PÚBLICOS E OUTROS INGRESOS 125.000,00 € 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 362.205,00 € 5 INGRESOS PATRIMONIAIS 3.000,00 € Total Operacións Correntes 490.205,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 3.000,00 € Total Operacións de Capital 3.000,00 € TOTAL ORZAMENTO 493.205,00 € C. ORZAMENTO CONSOLIDADO ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 GASTOS DE PERSOAL 40.797.701,00 € 2 GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS 26.860.385,00 € 3 GASTOS FINANCEIROS 787.090,00 € 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 29.718.810,00 € 5 FONDO DE CONTINXENCIA E OUTROS IMPREVISTOS 1.000.000,00 € Total Operacións Correntes 99.163.986,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 INVESTIMENTOS REAIS 18.498.564,00 € 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 15.603.793,00 € 8 ACTIVOS FINANCEIROS 1.402.404,00 € 9 PASIVOS FINANCEIROS 13.889.303,00 € Total Operacións de Capital 49.394.064,00 € TOTAL ORZAMENTO 148.558.050,00 € ESTADO DE INGRESOS CAPÍTULOETALLE TOTAIS APLICACIÓN OPERACIÓNS CORRENTES 1 IMPOSTOS DIRECTOS 11.905.333,00 € 2 IMPOSTOS INDIRECTOS 12.290.772,00 € 3 TAXAS, PREZOS PÚBLICOS E OUTROS INGRESOS 10.144.183,00 € 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 108.803.283,00 € 5 INGRESOS PATRIMONIAIS 2.458.551,00 € Total Operacións Correntes 145.602.122,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 ALLEAMENTO DE INVESTIMENTOS REAIS 305.000,00 € 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 1.343.477,00 € 8 ACTIVOS FINANCEIROS 1.307.451,00 € Total Operacións de Capital 2.955.928,00 € TOTAL ORZAMENTO 148.558.000,00 € D. ORZAMENTO DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 GASTOS DE PERSOAL 58.188,00 € 2 GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS 2.788.462,00 € 3 GASTOS FINANCEIROS 0,00 € 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 1.000,00 € 5 FONDO DE CONTINXENCIA E OUTROS IMPREVISTOS 700,00 € Total Operacións Correntes 2.848.350,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 INVESTIMENTOS REAIS 350.000,00 € Total Operacións de Capital 350.000,00 € TOTAL ORZAMENTO 3.198.350,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES 3 TAXAS, PREZOS PÚBLICOS E OUTROS INGRESOS 1.515.850,00 € 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 1.680.000,00 € 5 INGRESOS PATRIMONIAIS 2.500,00 € Total Operacións de Capital 3.198.350,00 € TOTAL ORZAMENTO 3.198.350,00 € Ditos orzamentos exporanse ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobados no caso de non producirse estas. 8.6544.- APROBACIÓN DA ADDENDA Ó CONVENIO DO CENTRO ASOCIADO DA UNED EN PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número 8. Aprobación da addenda ó convenio do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, que creo que é o convenio que permitirá o remate desa infraestrutura que se construíu para a UNED, que xa é de todos coñecida. É entre o concello de Pontevedra, quero entender, ¿non?, aquí non o pon pero, … Sr. Interventor.- Non, este é para actualizar o convenio que hai de vixencia de colaboración coa UNED. Sr. Presidente.- ¿Co Centro de Madrid?. ¿Coa UNED de Madrid?. Sr. Interventor.- Non, co Centro Asociado de aquí de Pontevedra, non ten nada que ver coas obras esas. Sr. Presidente.- Vale, eu pensei que era noso. Si, iso non o había visto. Sr. Secretario.- Estaba Malvar y todo, entonces se está actualizando con la nueva legislación. Sr. Presidente.- Bueno, pois se trata entón dunha actualización do convenio que se viña mantendo desde hai bastante tempo. Sr. Reguera. Sr. Reguera Ocampo.- Bo día Sr. Presidente. Vaia por diante que vai a ser o noso voto favorable, pero antes queriamos unha explicación un pouco máis clara da que o Interventor está a manifestar no seu informe sobre esta addenda ó convenio co Centro Asociado da UNED e, o texto é, o Sr. Interventor textualmente di que ata o 2017 a Deputación non debe financiar actividades académicas da UNED e, que a partir dese ano, sinxelamente, non poderá financiar o Centro Asociado da UNED de Pontevedra. Por aí que nos vén a nosa inquedanza e a nosa pregunta de que, ¿saben vostedes como van a facer para seguir financiando o Centro da UNED de Pontevedra se se trata dunha competencia impropia?. Sr. Presidente.- Sr. Interventor. Sr. Interventor.- Bos días. En relación con este tema xa o outro día na Comisión falei algo e, a disposición adicional novena da Lei de racionalización e sostibilidade da Administración local cita expresamente os centros provinciais da UNED e vén a dicir que durante, para adaptalos á nova normativa de aplicación a Administración local, que hai que facer esta adaptación en tres anos, e durante ese proceso de adaptación non se poden financiar con cargo a presupostos das entidades locais gastos asistenciais dos alumnos que se matriculen a partir do 1 de xaneiro de 2014. Este ano resolvémolo porque no presuposto da UNED, á parte dos gastos de docencia dos profesores, hai outros gastos e atacamos o tema por ese lado, é dicir, démoslle esa saída. O problema que se me plantexa a min é realmente a partir do ano 2017 que, se realmente non hai unha modificación lexislativa podemos ter un problema, é dicir, que podemos estar financiando, tanto a Deputación como os concellos que participan no financiamento do Centro provincial da UNED, pois que sexa un, pode ser un gasto ilegal. Esperemos que haxa unha modificación lexislativa neste sentido porque, de feito, nós fixemos preguntas á FEMP e ó Ministerio e vénnos a dar a razón neste sentido, é dicir, que efectivamente se poderían durante estes tres anos, dicía o Ministerio que se podería facer a legalización pola vía do artigo 7, apartado 4, da Lei de reforma ou de racionalización pero que a partir do 2017 que había ese problema. De momento eu o que proporía é que se apoiara, que se aprobara esta addenda e que no ano 2017 poidamos outra vez, é dicir, cabe a posibilidade de saír dese convenio, pois no 2017, ó final do 2016 poderemos decidir o que se fai pero, de momento, en principio non lle vexo problema a que se aprobe con estes matices. Non sei se Ana Isabel … Sr. Presidente.- Si, vámoslle dar a Ana a palabra. Dicir que este convenio vén do ano 1994, son vinte anos, e este problema non o ten só a Deputación, este problema vano a ter os concellos tamén, especialmente o concello de Pontevedra do cal formamos parte todos. Creo que neste sentido, bueno, a regulación da Lei, dalgunha maneira, é algo razoable, outra cousa é que sempre quedan cousas polo medio, porque claro, cada un debe financiar aquelas competencias das cales, dalgunha maneira, ten asumida esa responsabilidade e, polo tanto, eu creo que é case de sentido común. Outra cousa é que hai unhas cuestións por medio, como son estes centros que hai que buscarlle unha regulación cara ó futuro, a ver que se, bueno, pois de aquí a alá supoño que algunha medida transitoria haberá polo medio. Dona Ana Isabel. Sra. Vázquez Reboredo.- Moitas gracias Presidente, bos días a todas e a todos. A firma desta addenda é necesaria para que poidan acabar este curso que xa empezou, o curso empezou en outubro e, dalgunha forma, esta addenda ou esta actualización do convenio, que é iso o que é, un convenio de máis de vinte anos no que había institucións que xa fai moitos anos que non están e que xa non aportan nada, e cantidades, incluso, de aportacións que cambiaron moitísimo nestes vinte anos. Entón, esta actualización permite que o centro poida seguir funcionando nun curso que xa está en marcha que, dalgunha forma, nin compromete ós seguintes cursos, no cal estudaremos se hai algunha lei ou algún tipo de medida por medio que permita ás institucións locais, deputacións e concellos seguir aportando para estes centros ou deixar de participar se ese fora o caso porque outra institución acometera esas competencias. En calquera caso, é estritamente necesaria para que poidan seguir rematando o curso que xa está en marcha. Nada máis, moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Pois, xa digo, todos temos que, sei que todos estamos preocupados nesta dirección de que isto siga funcionando, é a nosa intención de poder sacalo adiante agora e nos vindeiros anos. Polo tanto, espero que co servizo que está dando, que ademais é importante, a máis de 6.000 alumnos, pois poidamos seguir nesa dirección, porque ademais nun momento como o actual creo que é máis necesario que nunca un centro destas características en Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por unanimidade, aprobar a Addenda ó Convenio do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, como consecuencia das modificacións introducidas polas leis 27/2013, de 27 de decembro, e 15/2014, de 16 de setembro, e na que se modifican as entidades integrantes do Padroado e se establece que se procederá a redactar un texto refundido dos estatutos. Dita Addenda é como segue: "ADDENDA Ó CONVENIO DO CENTRO ASOCIADO DA UNIVERSIDADE NACIONAL DE EDUCACIÓN A DISTANCIA EN PONTEVEDRA En Pontevedra, a 24 de novembro de 2014 INTERVEÑEN Dunha parte, O Presidente da Xunta Reitora do Padroado do Centro Asociado á UNED en Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal E doutra, O Sr. Rector Magnífico da UNED, D. Alejandro Tiana Ferrer Ambos os dous teñen e recoñécense mutuamente capacidade na representación que exercen e EXPOÑEN Que as Institucións ás que representan consideran como un obxectivo de grande importancia a promoción educativa e cultural de todos os veciños da provincia de Pontevedra e conveñen en recoñecer que a Universidade Nacional de Educación a distancia constitúe un importante medio para conseguir o obxectivo mencionado. Que a aprobación das Leis 27/2013, do 27 de decembro, de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local e 15/2014, do 16 de setembro, de Racionalización do Sector Público e outras Medidas de Reforma Administrativa introduciu transcendentes modificacións normativas de carácter imperativo que afectan sobre maneira á regulación dos Consorcios. A adaptación dos Estatutos ó disposto nas citadas Leis resulta non só necesario senón tamén urxente, dados os prazos establecidos polo Lexislador. Que o feito de que ambas as dúas leis compartan un obxecto común, a modificación da normativa reguladora dos Consorcios ás necesidades e retos actuais das Administracións Públicas, así como as esixencias de que as modificacións dos Estatutos se fagan da forma máis eficaz e causando as menores dificultades posibles motivan que a adaptación dos Estatutos ás dúas leis precitadas se realice de forma conxunta mediante o presente instrumento. Que a actividade social e educativa que leva a cabo este Centro Asociado tanto na realización de actividades académicas e docentes coma na xestión das actividades administrativas invita a afondar no seu desenvolvemento a través, entre outras medidas, da adaptación das Estruturas do resto das unidades que conforman o sistema docente da UNED, incluída este Centro Asociado á realidade e crecemento do Campus, polo que a adaptación dos Estatutos que se formula debe permitir preparar futuros desenvolvementos. En virtude do exposto, ACORDAN: Introducir as seguintes modificacións no Texto do Convenio do Centro da UNED en Pontevedra: Primeiro. Modifícase a estipulación PRIMEIRA, coa seguinte redacción: 2. Personalidade xurídica e natureza. De conformidade co disposto na disposición adicional vixésima, parágrafo 2, da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, en redacción dada pola Disposición Final segunda da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, o Centro Asociado quedará adscrito á UNED. 3.Domicilio social. O Centro Asociado, terá como domicilio social o Edificio sito na R/ de Portugal, 1, Pontevedra (36162), sen prexuízo de que poida determinarse como domicilio para os efectos de notificacións ou para concretas cuestións outras sedes adscritas á Universidade, ó Centro e ás súas Aulas Universitarias ou ás unidades que o integran. 4.Ámbito territorial. O ámbito territorial do Centro Asociado abrangue a provincia de Pontevedra e queda incluído, a todos os efectos que procedan, na estrutura que estableza a UNED para favorecer o funcionamento en rede e a consolidación da Arquitectura de Tecnoloxía Educativa. Segundo. Modifícase o primeiro parágrafo da estipulación SEGUNDA, coa seguinte redacción: O Padroado integrado polas entidades seguintes: Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Excmo. Concello de Pontevedra. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ENCE, Energía y Celulosa, S.A. E a Universidade Nacional de Educación a Distancia Terceiro. Dáse unha nova redacción á estipulación UNDÉCIMA: UNDÉCIMA.- Persoal de Administración e Servizos. O Centro Asociado dispoñerá do persoal de administración e servizos, necesario para atender a xestión administrativa e económica, que asegure o correcto funcionamento do Centro. En caso de que este persoal non sexa cedido polas distintas Corporacións, a súa vinculación co Centro será de carácter laboral, rexéndose pola lexislación aplicable ó persoal da UNED e, en ningún caso, as súas retribucións poderán superar as establecidas para postos de traballo equivalente na Universidade. Cuarto. Introdúcese unha nova redacción á estipulación DÉCIMO CUARTA: DÉCIMO CUARTA. - Réxime presupostario, financeiro e de control. O réxime de presupostación, contabilidade e control do Centro Asociado á UNED de Pontevedra, será o aplicable á Administración Pública á que está adscrito, sen prexuízo da súa suxeición ó previsto na Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostibilidade Financeira. En todo caso, levarase a cabo unha auditoría das Contas Anuais que será responsabilidade do órgano de control da Administración á que se adscribe o Centro, formará parte dos seus presupostos e deberá incluírse na conta xeral da Administración Pública de adscrición, sen prexuízo do réxime de xestión que poida establecer a Xunta Reitora. Quinto. Substitúese a estipulación DÉCIMO QUINTA que queda redactada da forma seguinte: DÉCIMO QUINTA. - Presentación de Memoria de actividades e remisión das Contas Anuais. O Centro remitirá anualmente á UNED, nos prazos que a tal efecto fixe esta con carácter xeral, unha Memoria das actividades realizadas durante o curso, as Contas Anuais e demais documentos administrativos que se lle requiran. Esta documentación, deberá axustarse ós procedementos electrónicos e modelos que a UNED estableza para os Centros Asociados. Sexto. Substitúense as estipulacións DÉCIMO OITAVA E DÉCIMO NOVENA polas seguintes: DEREITO DE SEPARACIÓN E DISOLUCIÓN DO PADROADO. MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS DÉCIMO OITAVA. Dereito de Separación. O dereito de separación poderá ser exercido por calquera das partes nos termos previstos no artigo 12 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do Sector Público e outras medidas de reforma administrativa. En caso de que o exercicio do dereito de separación non leve consigo a disolución do Padroado estarase ó disposto no artigo 13.2 da referida lei. DÉCIMO NOVENA. Disolución da Xunta Reitora do Padroado. 1. O Padroado disolverase por algún dos seguintes motivos: -Por disposición legal. -Por imposibilidade de cumprir os seus fins e obxectivos. -Por insuficiencia de medios económicos. -Polo exercicio do dereito de separación pola UNED ou por calquera dos outros membros, salvo que neste último caso a UNED acorde cos membros que non desexen separarse a continuidade nos termos e coas condicións e efectos previstos no artigo 13.1 da Lei 15/2014. 2. En caso de disolución do Padroado, cada Entidade asumirá a responsabilidade do persoal que, da súa plantilla, estivera adscrito ó Centro Asociado. 3. O destino dos bens inventariables será o seguinte: se foron achegados por unha soa entidade fundadora, reverterán a ela automaticamente e quedarán desafectados se é un ente público. Se foron achegados por varias entidades e formasen un conxunto inseparable, corresponderán a quen tivese achegado a porción de maior valor, pero debendo indemnizar ás demais polo importe do valor das súas achegas actualizadas ó momento da liquidación, entendéndose, se é o caso, desafectados. 4. Non obstante, antes de que as entidades decidan a disolución do Padroado o Consello de Goberno da UNED, á vista da dispoñibilidade dos seus recursos económicos e previo informe de viabilidade económica, poderá continuar coas actividades administrativas e docentes no Centro Asociado se considerase que pode facer fronte a todos os gastos. VIXÉSIMA. Modificación dos Estatutos. Igualmente acordan que a UNED propoñerá no prazo de dezaoito meses dende a aprobación do presente instrumento á Xunta Reitora do Padroado un proxecto de Estatutos nos que se recolla un texto refundido dos mesmos que incorpore as modificacións introducidas, os adapte e harmonice e recolla as disposicións pertinentes para a adaptación dos mesmos ós cambios normativos e organizativos motivados polo desenvolvemento legal e regulamentario previsto nas Leis 27/2013, do 27 de decembro, de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local e 15/2014, do 16 de setembro, de Racionalización do Sector Público e outras Medidas de Reforma Administrativa. O PRESIDENTE DA XUNTA REITORA, O REITOR, Rafael Louzán Abal Alejandro Tiana Ferrer” 9.6545.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA RELATIVA A SOLICITUDE Ó MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS DE AMPLIACIÓN DO PRAZO DE REINTEGRO DOS SALDOS NEGATIVOS DOS EXERCICIOS 2008-2009 EN APLICACIÓN DO RDL 12/2014, DE 12 DE SETEMBRO Sr. Presidente.- Punto número 9. Moción da Presidencia relativa á solicitude ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de ampliación do prazo de reintegros de saldos negativos dos exercicios 2008-2009 en aplicación do Real decreto 12/2014, de 12 de setembro. Esta é unha norma que acaba de sacar o Ministerio de Facenda para, dalgunha maneira, esas liquidacións negativas poder compensalas nun tempo máis amplo, creo que é de todos xa coñecido, polo tanto, en principio vamos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Sr. Interventor informa sobre a moción da Presidencia, de data 17 de novembro de 2014, relativa á solicitude ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de ampliación do prazo de reintegro dos saldos negativos dos exercicios 2008 e 2009 en 120 mensualidades máis en aplicación do Real Decreto Lei 12/2014, de 12 de setembro. O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar a Moción da Presidencia cuxo teor literal é o seguinte: “A disposición adicional única do R.d.l. 12/2014, de 12 de setembro, permite a ampliación do prazo de reintegro dos saldos debedores coa Administración do Estado, derivados das liquidacións negativas do Fondo Complementario de Financiamento dos anos 2008 e 2009 en 120 mensualidades máis. Para ter dereito a esta ampliación é necesario cumprir os seguintes requisitos: - Que se estea aplicando a ampliación de prazo prevista na disposición adicional décima da Lei 2/2012, de 29 de xuño. - Que se prevexa cumprir, con data do 31 de decembro de 2014, o obxectivo de estabilidade orzamentaria e o límite de débeda pública establecido nos artigos 51 e 53 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. - Que o período medio de pagamento non supere en máis de 30 días o prazo máximo establecido na normativa de morosidade (mes de outubro de 2014). A Deputación, con data do 31 de decembro de 2014, terá un saldo debedor polas ditas liquidacións de 32.101.159,87 euros. Considerando que esta débeda non devenga intereses e con este aprazamento se liberan recursos para financiar outros gastos por un importe de 2.280.297,95 euros anuais. Segundo o informe de Intervención a Deputación cumpre todos os requisitos establecidos na citada disposición adicional. Por todo isto, propónselle ó Pleno da Deputación adoptar o seguinte acordo: Solicitarlle ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a ampliación do prazo de reintegro dos citados saldos debedores en 120 mensualidades máis”. 10.6546.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOBRE A CESIÓN EN PROPIEDADE DO EDIFICIO SAN FRANCISCO, DELEGACIÓN DE FACENDA, Á DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A CREACIÓN DUN GRAN CENTRO DE INVESTIGACIÓN DO MUSEO PROVINCIAL E DE TODOS OS ARQUIVOS QUE HAI NA CIDADE DE PONTEVEDRA BAIXO A XESTIÓN DA DEPUTACIÓN Sr. Presidente.- Punto 10. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a cesión en propiedade do edificio San Francisco, Delegación de Facenda, á Deputación de Pontevedra para a creación dun gran centro de investigación do Museo Provincial e de todos os arquivos que hai na cidade de Pontevedra baixo a xestión da Deputación ou, neste caso, baixo a coordinación da Deputación coas demais Administracións. Ten a palabra Dona Ana Isabel Vázquez. Sra. Vázquez Reboredo.- Moitas gracias Presidente. Bos días a todos de novo. Trouxen unhas fotografías para que vexan o estado actual do edificio por fóra, por dentro e, tamén, fotografías antigas onde se pode ver a evolución dese edificio histórico que os de Pontevedra coñecen moi polo miúdo, pero, que ó mellor, ós doutros concellos resúltalles un pouco máis novo, dende logo é interesante para que todos coñezan polo miúdo esa edificación. Esta non é unha moción que xurda da nada senón que é un tema no que levamos traballando case dous anos. Estamos a ver se lles pasan as fotografías en breve, senón llas pasarei eu. Sra. Estévez Bernárdez.- Se las acercamos aí en un momento. Sra. Vázquez Reboredo.- Espera un segundín. Sr. Presidente.- Si, Delia. Sra. Estévez Bernárdez.- Por favor, gracias. Sra. Vázquez Reboredo.- Al otro lado. Ben, moitas grazas, como lles dicía, non é unha moción que xurdira da nada, que xurdira neste momento porque si, senón que levamos preto de dous anos traballando neste sentido para que teñamos unha cesión a un uso público dese edificio. Fomos unha institución que nos reunimos en varias ocasións cos responsables do Ministerio, co responsable de Patrimonio, para a cesión desa instalación e se nos dixo, nalgún momento, que esa edificación tiña que pasar por outros procesos, eses procesos pasaron, non houbo resultados. Polo tanto, cremos que neste momento, ademais, no que hai unha serie de necesidades, necesidades de unificación de arquivos, aí temos os Arquivos da Deputación, do Museo, o Arquivo histórico provincial, que pertence ó Estado pero que xestiona a Xunta dende o ano oitenta e nove, incluso, os Arquivos municipais, unificalos dentro dunha mesma instalación para un uso público e un uso cultural. Tamén, buscar unha solución para un edificio emblemático, histórico na nosa cidade, nunha ubicación perfecta dentro do centro neurálxico do que é a zona ou casco antigo de Pontevedra, centro social e cultural importante. Previamente a estas peticións e previo a esta moción, fixéronse durante tempo estudos pormenorizados de como está ese edificio nestes momentos, estudos do que custaría reformar ese edificio e, incluso, dos metros cadrados dispoñibles e o que se podería ubicar. Ou sexa, que non é unha moción feita da nada senón que hai un estudo moi minucioso e pormenorizado histórico non só senón tamén da ubicación, para poder realizar despois esta moción e ter como resultado esa cesión. Este edificio, como teñen na moción, que todos vostedes comparten é o edificio, o antigo Convento de San Francisco, que empezou a construírse no século XVII, que despois de varias reformas, por diferentes motivos, e ampliacións, acabouse no ano 1800, que tivo diferentes reutilizacións, a primeira, despois de ser convento foi cuartel e hospital do exército Napoleónico 1809, sufriu algunhas remodelacións que apenas afectaron ó edificio en si, no ano vinte e tres, foi usado como fortaleza dos Liberais, no oitenta e cinco, co goberno Calatrava-Mendizábal, foron expulsados toda a parte relixiosa e deixou de ser convento para ser utilizado no trinta e seis como Sede da Deputación de Pontevedra. A Deputación, desde que se ubicou nese edificio fixo diferentes reformas para adaptalo ó uso que ía a ter, tamén para adaptalo á cidade, o seu uso, a escalinata, a rampla de entrada, todo iso foron reformas que no seu momento fixo a Deputación. Xa no ano setenta e oito a Deputación reclama ó Ministerio a concesión, por parte da Deputación, dese edificio e aínda que non tivo un resultado positivo como se pode ver a día de hoxe, así que, posteriormente, a Deputación cambiou de ubicación a construír este edificio no que nos encontramos agora mesmo. A actualidade, é que ese edificio era a sede da Delegación de Hacienda en Pontevedra, que dende que se trasladou fai uns anos á zona de Campolongo onde están todas as oficinas, está sen utilizar ou, dende logo, infrautilizado porque algún despacho queda pero practicamente nada. Encóntrase, como dicía, nunha zona privilexiada de Pontevedra. Así que, despois de múltiples usos todos estes anos, consideramos que hai un uso fundamental que podemos, entre todos, solicitar, que é un uso público, un uso para un tema cultural, un gran centro de investigación que aúne a todos os arquivos desta cidade, tamén ó Arquivo histórico provincial porque teñen, así nolo fixeron chegar fai pouco, problemas de espazo porque a vida segue e os arquivos aumentan e o espazo é necesario. Os edificios son máis de seis mil metros cadrados que creo que pode servir para todos, dende logo, para darlle un exemplo ós cidadáns que as diferentes administracións podémonos coordinar para ofrecer un servizo único, un servizo exemplar. Así que, a nosa proposta pasa por pedirlle ó Ministerio e ó Goberno do Estado a cesión en propiedade deste edificio ou senón a cesión en uso para este gran centro de investigación en Pontevedra que dea un exemplo de como se recupera o noso Patrimonio e de intentar facer del para un mellor servizo para os cidadáns, onde todos poidan acudir, de instar á Xunta de Galicia, tamén, a que o seu Centro Arquivo histórico- provincial, que eles xestionan, estea tamén nesta ubicación e, se esta cesión en propiedade ou se esta cesión en uso non puidera ser por algunha razón, entón, que o Ministerio de Hacienda e Administracións Públicas poña en marcha un plan urxente de rehabilitación e acondicionamento deste edificio histórico que é o mínimo que podemos solicitar, porque xa se encontran nun avanzado estado de deterioro e para conseguir que o noso Patrimonio estea xa protexido e que os edificios públicos formen parte, dende logo, da recuperación e desta cidade para uso público e, dende logo, para conservalos na medida do posible. Esta é a nosa proposta, a nosa moción, para un edificio que cremos que é Patrimonio de todos, que pode estar nas mellores condicións e, que ademais, podemos dar entre todos un exemplo de xestión e de coordinación. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Ana Isabel Vázquez polo traballo feito en relación a isto e, teñen a palabra, neste caso, o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, grazas Sr. Presidente. Este é un edificio que tiven a, non sei se a sorte ou a mala sorte de ter negociado o seu futuro, porque cando se cedeu a parcela en Campolongo para construír o edificio da Axencia Tributaria, construíron a Axencia Tributaria, que está o Ministerio agora alí, pois, evidentemente, falouse do destino deste edificio, estamos falando de hai doce anos ou trece. O delegado do Ministerio de Facenda, naquel momento, estaba empeñado, empeñado, empeñado, en que iso tiña que ser, había que cederllo ó Concello para que fora a nova casa consistorial. Estaba el, era unha cuestión, non, é que el non se marchaba, despois xubilouse e, claro, os anos van pasando e estas cuestións de Patrimonio son radicalmente lentas e ó final foi así. Bueno, obviamente, el xa era consciente das dificultades porque hai unha lexislación que se fixo co Estado que non ten que ser a título oneroso, non sei cantas historias e demais, co cal o asunto era un tanto complicado, de feito, el levaba anos e anos e anos intentando resolver o problema do edificio no que está o antigo conservatorio, que era Aduanas, pero era Aduanas, pero o edificio fíxoo o concello e resulta que non hai maneira de que se ceda ó concello a titularidade porque non sei que trámites hai que facer, ou sexa, que o asunto ten o seu enrevés. Bueno, en todo caso, sen ir á historia porque sería moi longa, o edificio non ten esas, ten algo menos desas cifras, iso é contando os patios, ten protección estrutural, non ten seis mil metros cadrados, ten cinco mil trescentos ou unha cousa así, pero bueno, está medido e demais e, incluso, como ten protección estrutural calquera remodelación vai ter que vaciar os claustros que había, que algúns están ocupados agora cunha obra dos anos sesenta, de 1968 ou unha cousa así e demais. Bueno, e tamén hai outro matiz que é que hai un compromiso, creo que de todo o mundo, ou sexa, do Alcalde de Pontevedra, do anterior Delegado, de que ó Comedor de San Francisco hai que deixarlle cento vinte metros ou unha cousa así porque nestes momentos ten que facer dous turnos cantidade de días, porque non lle collen no comedor e, entón, é un sobretraballo para a xente que está alí de horario e demais que non ten moito sentido. É moi fácil, é furar unha parede e tapar outra, non ten ningún problema. Hai ese compromiso que debía estar xa atendido pero non se sabe por que, en fin, todas estas cousas de Patrimonio e demais. Cando este edificio apareceu por sorpresa na lista dos que se podían enaxenar do Patrimonio do Estado, senón recordo mal, o Presidente da Deputación e o Alcalde de Pontevedra falaron e máis ou menos quedaron, que me corrixa o Presidente se non é así, en que o Alcalde de Pontevedra ía, bueno, foi a entrevistarse co Director Xeral de Patrimonio en Madrid, etc., e que o Presidente da Deputación, neste caso, máis reticente dixo, bueno, ir indo vós que eu despois xa farei outras xestións por outras vías. E, polo que se ve, as xestións por outras vías tampouco deron resultado, ¿non?, entón, agora pois vén esta moción que, obviamente, estamos totalmente de acordo porque sexa para este destino ou non está claro, por exemplo, que a rehabilitación, que facilmente se vai ir a catro ou cinco millóns de euros, facilmente, se se fai unha rehabilitación de verdade, se fai accesíbel, se arranxa o do soto e demais, pois, é un investimento que non pode afrontar, desde logo, o concello, dificilmente o podía afrontar só e, á parte, nunca houbo esa intención de exclusividade senón de … Polo tanto, vamos a votar a favor. O que si me gustaría e que a Sra. Ana Isabel Vázquez lle explicara ó Sr. Moreira a importancia sempre, e máis nestes tempos, de facer as cousas coordinadamente e non duplicar servizos. Estamos todos de acordo, pero claro, hai unhas bibliotecas en Pontevedra que o Sr. Moreira pídenos que abramos outra biblioteca, diferente, ou sexa, como xa presta o servizo o outro tamén o ten que prestar o concello, ¿non?. Claro, ou hai un transporte público en Pontevedra que xestiona a Xunta, entón, que fagamos outro transporte público, o da Xunta e máis outro, cando todos estamos noutra dirección. Digo, que sería ben, supoño que el non escoitará os plenos e demais da Deputación, digo que llo diga porque son os grandes proxectos que ten agora estrela, parece ser, para as municipais e que dupliquemos os servizos que xa existen. Non parece razoable ou, polo menos, non é o que acaba de dicir a Sra. Vázquez nin a liña que leva esta Deputación que nós compartimos. Moitas grazas. Sr. Presidente.- D. Juan Antonio. Sr. González Pérez.- Bos días. Está claro que esta, polo que escoitamos, é unha boa noticia para Pontevedra e cando dicimos para Pontevedra queremos dicir para toda a provincia de Pontevedra, para a cidade tamén, creo que non hai moito máis que dicir e, polo tanto, por parte do Partido Socialista vamos a apoiar a moción. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias pola súa brevidade. Dona Ana Isabel Vázquez que, seguramente, algunha cousa ten que dicir ó respecto. Sra. Vázquez Reboredo.- Algo moi breve. Por suposto, o edificio está en Pontevedra non o podemos quitar de aí pero, dende logo, é un arquivo e todos os servizos que se van a dar dende aí son servizos provinciais, o que se trata é de converter a esta provincia, dende logo, nun referente en canto á conservación do Patrimonio e en canto a consultas para que todos os investigadores teñan unha única ubicación para dirixirse e facer alí as consultas que necesiten. Simplemente, agradecer o apoio a unha moción que pretende, pois iso, coordinar servizos e recuperar parte do noso Patrimonio. Nestes intres pasa a presidir a sesión o Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moción do Grupo provincial do Partido Popular sobre a cesión en propiedade do edificio de San Francisco, Delegación de Facenda, á Deputación de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos a favor. Pois, todos a favor. O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) sobre a cesión en propiedade do edificio San Francisco, Delegación de Hacienda, á Deputación de Pontevedra para a creación dun gran centro de investigación do Museo Provincial e de todos os arquivos que hai na cidade de Pontevedra baixo a xestión da Deputación. Dita Moción é como segue: “O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación esta moción relativa á proposta de cesión en propiedade do edificio San Francisco, última Delegación de Hacienda en Pontevedra, á Deputación de Pontevedra para a creación dun gran centro de investigación na cidade, que albergue as bibliotecas e arquivos do Museo e da Deputación, e todos os que hai en Pontevedra cidade. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- A orixe e auxe. Di a tradición que a fundación franciscana en Pontevedra lle corresponde ó mesmo San Francisco e San Antonio de Padua, no ano 1214 ó seu paso por Pontevedra e en peregrinación desde Lisboa a Santiago de Compostela. A pesar dunha gran crise económica, a mediados do século XVII a súa construción retómase lentamente entre 1691 e 1723. Os terreos son aportados por Fernán Yáñez de Sotomayor. En 1712 finalízase o abovedamento da capela pero non se conclúen a totalidade das obras ata a colocación de vidreiras en 1723. A capela sería derribada a mediados do século XIX. A inicios de 1751 realizáronse no convento algunhas obras de consideración (restauración de paredes, divisións e teitos) que ó parecer non resultaron suficientes e o convento foi reedificado por disposición de frei Sebastián de Malvar, arcebispo de Santiago e membro da orden. Finalizouse a súa reedificación no ano 1800. 2. Reutilizacións. A primeira reutilización acontecida no cenobio foi a do seu uso como cuartel e hospital do exército napoleónico en 1809. Sen que este feito tivese serias consecuencias no estado do inmoble, como tampouco tivo incidencia, por tardía, a primeira desamortización promulgada por Bonaparte. No ano 1823 tamén foi usado como fortaleza polos liberais para defenderse das acometidas absolutistas. Coa caída do réxime constitucional o cenobio mantívose. No ano 1835 co goberno Calatrava-Mendizábal promulgouse a segunda desamortización sendo desaloxados polos seus efectos a totalidade dos seus frades e leigos de maneira definitiva. Polo decreto de Mendizábal de 1836 o convento sería destinado a albergar as estancias da nova administración Provincial (Deputación de Pontevedra) xunto a varios organismos: Xuntas Provinciais, Goberno Político, Casa do Gobernador, Hacienda Pública... 3. Sede da Deputación de Pontevedra e intervencións. En 1839 é aprobada pola Deputación a “construción dunha calzada de pedra na praza que dá entrada a este edificio desde a rúa da Ferrería ata a porta principal. Para facer independentes as oficinas da mesma, fixéronse ese ano (1839) varias obras de maneira que obrigou á institución provincial a crear unha “Junta para conservación de este edificio ...” A partir de 1856 realízanse as obras de reordenación da praza e en 1858 a rampla e as escalinatas finalizáronse por completo. Xa no ano 1878 a Deputación reclama do ministerio a concesión de parte do edificio a favor da Deputación, pero despois de algo máis de medio século de permanencia no convento, a Deputación instálase no seu actual edificio permanecendo en dito convento franciscano a Delegación de Hacienda ata moi recentemente en que se traslada ás súas novas instalacións en Campolongo. 4. Actualidade do Convento San Francisco de Pontevedra. O convento de San Francisco é unha construción de gran tamaño e envexable situación, anexo á igrexa de San Francisco, situado no número 1 da praza de Ourense, entre a praza da Peregrina, a praza da Ferrería e os xardíns de Casto Sampedro, os cales forman un conxunto neurálxico da vida social e cultural da cidade. O edificio ten elementos de gran valor patrimonial aínda que necesita dunha reforma interior na súa maior parte. O seu principal acceso, por exemplo, está formado por unha das portas da antiga muralla medieval de acceso á cidade de Pontevedra, a Porta de Santo Domingo. 5. Proposta. A proposta de cesión en propiedade á Deputación provincial é para abrir o edificio novamente ós cidadáns dándolle un novo uso, neste caso cultural, e para facer desta cidade e desta provincia un referente cultural en protección do patrimonio, e en recuperación da nosa historia. O obxectivo é facer deste edificio o gran centro de investigación da provincia. Coa adecuación do antigo convento de San Francisco para este fin, marcámonos dúas metas, a de construír un gran centro investigador, facendo dun só edificio a sede de dous importantísimos arquivos que alberga a Deputación e o Museo provincial que preservan a memoria colectiva da provincia a través dos seus documentos, así como invitar a que sexa tamén a sede do Arquivo histórico provincial, de titularidade estatal que hai tamén na cidade e que xestiona a Xunta de Galicia desde 1989. Por outra parte, a de recuperar, manter e conservar este edificio emblemático na historia da cidade, situado na súa praza principal, como xa se explicou, e facer do edificio un punto de encontro para calquera investigador que se acerque a consultar a documentación máis significativa custodiada na nosa provincia. Dar exemplo ós cidadáns de que se pode xestionar facendo un uso racional dos recursos para dar o mellor dos servizos. De acordo á UNESCO, o patrimonio cultural representa o que temos dereito a herdar e estamos obrigados a conservar para as xeracións futuras e enténdese como o reflexo da continuidade e identidade dos pobos, incluíndo como parte dese patrimonio: os monumentos, lugares históricos, os Museos, o patrimonio documental, cinematográfico, a Música ou a Literatura, e outros non menos importantes. Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopten os seguintes acordos: 1.- Dada a importante situación deste edificio en Pontevedra o seu actual estado, e porque podería axudar a crear un gran centro de investigación que albergue todos os arquivos actuais da cidade entre outros, a Deputación insta ó Goberno de España e en concreto ó Ministerio de Hacienda y Administracións Públicas a que ceda en propiedade ou no seu defecto en uso este edificio á Deputación de Pontevedra para o devandito fin. 2.- De igual xeito, instar á Xunta de Galicia a unificar nesta sede o Arquivo histórico provincial que xestiona na cidade. 3.– Se non se fixera a cesión en propiedade ou en uso, pedir ó Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas que poña en marcha un plan urxente de rehabilitación e acondicionamento deste edificio histórico que se encontra en avanzado estado de deterioro, para conseguir que o patrimonio dos edificios públicos en Pontevedra se manteña no mellor estado posible.” 11.6547.- MOCIÓN DO PSdeG-PSOE SOBRE ADOPCIÓN DE MEDIDAS ANTE A DESAPARICIÓN DO SISTEMA DE COTAS LÁCTEAS NO ANO 2015 Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Punto 11. Pasamos á moción seguinte. Moción do Partido Socialista sobre a adopción de medidas ante a desaparición do Sistema de cotas lácteas no ano 2015. Sr. González Pérez.- Bueno. Bos días. Con esta moción pechamos o Pleno e, como non me apure, me parece que vamos a gañar a votación porque ó final van a marchar a metade dos Deputados e Deputadas. Eu creo que estamos falando do sector lácteo e, todos sabemos que é un sector estratéxico en Galicia e, tamén vemos que este sector lácteo é un dos motores económicos en moitas comarcas de Galicia e, por suposto, na provincia de Pontevedra sobre todo das comarcas do Deza e de Terra de Montes. Nestes momentos hai unha preocupación importante e unha preocupación real entre os gandeiros e entre os agricultores desta provincia, sobre todo destas comarcas produtoras de leite, como é o da eliminación en abril de 2015 das cotas lácteas coa conseguinte repercusión negativa que vai a ter ou que podería ter senón se toman medidas a tempo. Isto non o digo eu que, por suposto, non son un experto nin en gandería nin en cotas lácteas, isto non o di tampouco o Grupo Provincial do Partido Socialista no que, bueno, temos moitas cualidades pero, probablemente, tampouco a máxima nosa sexa o que sabemos de cotas lácteas, pero si que o din e nolo transmiten e nolo transmitiron dende Unións Agrarias, eles creo que si que saben e todos somos conscientes, moito, moitísimo, do que estamos a falar, así nolo trasladaron, nolo trasladaron nunha reunión que tivemos os Portavoces, bueno, tiveron os Portavoces, eu asistín tamén, dos diferentes grupos provinciais aquí na Deputación, eles nos trasladaron esa preocupación importante que teñen e nos trasladaron tamén a petición de que o Pleno da Deputación de Pontevedra apoiara as súas reivindicacións, estas reivindicacións son as que traemos nesta moción. Estamos completamente seguros de que ningún de nós pode pór en dúbida, nin vai a pór en dúbida isto que nos propoñen desde Unións Agrarias e, polo tanto, esperamos e pedimos que, sen fisuras e por unanimidade, esta Deputación poida dar esta paso, que é un paso pequeno pero un paso importante para eles, para os agricultores e gandeiros e, que poidamos dalo sen, polo menos, discutir demasiado sobre o fondo porque, realmente, eles cando nolo transmitiron estaban, moi, moi, pero moi preocupados con este tema. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moitas gracias. ¿Tes intervención?. Non, non ten intervención. Bueno, ten a palabra o Sr. Crespo, que algo disto debe saber. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días a todos. Tal e como dicía o Deputado do PSOE, si hai unha preocupación pola incertidume que pode reflectir o feito de que en abril se abandone o das cotas lácteas. Iso pode ter unha repercusión negativa e tamén a pode ter positiva, é dicir, non sexamos alarmantes, non hai que alarmar a situación porque, realmente, tamén vai depender do que fagan os outros socios comunitarios, é dicir, aí vai depender. En todo caso, nós temos unha eiva, o noso país ten unha eiva grande no que toca ó sector lácteo e é que debemos ser o único sitio onde se produce a cantidade de leite que se produce e, practicamente, se transforma cero, non cero pero case como se fora. Realmente é un deixe de todas as Administracións, a Estatal, a Autonómica e tamén, ó mellor, incluso, algunhas locais na parte que nos toque, pero o que é certo é que non conquerimos que en Galicia tendo dous tercios da produción, practicamente, do Estado e, sobre todo, tendo unha cantidade de explotacións no noso agro, creo que aínda que vai a menos, que dalgún xeito son as que aguantan o interior de Galicia, porque senón a despoboamento que está habendo e que é preocupante aínda sería moito peor. É dicir, na Galicia interior se quitamos o sector leiteiro, aínda agora xa é bastante ermo, dentro de pouco sería moito peor. Pero á marxe de que non soubemos facer as cousas, tamén hai que dicir que, probablemente, por ese xene que debemos levar, ese xene fatal que debemos levar os galegos dentro, do individualismo, porque eu lémbrome cando comezou nos albores da democracia o movemento cooperativista e sei porque non foi para adiante, fundamentalmente polas persoas, fundamentalmente porque aquí, pásanos en todos os eidos da vida, tamén no político, claro, aínda que algún ás veces cando é tratar doutros temas di que os políticos que non, que non temos por que ser un reflexo da sociedade, si o somos, e así ocorre cos 315 concellos, queremos ter de todo, absolutamente todos e se é posible, ata podiamos ter trescentos catorce aeroportos que non pasaría nada, sería un pouco máis dos que hai agora, total, xa non tería maior repercusión, pero queremos ter de todo e nos gandeiros tamén pasa o mesmo, non foron capaces de asociarse para facer unhas cooperativas potentes, de primeiro grao, logo, unhas de segundo grao que puideran facer a comercialización e, si, o fixeron os nosos veciños, por exemplo, os asturianos e os cántabros, que nos levan un pouco de vantaxe, sobre todo os asturianos, que agora laiámonos de que están pagando o leite máis en Asturias pero, claro, páganlle o leite máis porque practicamente todos eles son socios da Cooperativa leiteira asturiana e, encima, parte desa cooperativa aínda compra o leite aquí e, obviamente, págao menos. Falar do sector lácteo levaríanos, sería un tema case monográfico. E eu, con respecto á moción que presentades, dicía o Deputado que quen entende é Unións Agrarias, home si, eu creo que os tres sindicatos, máis ou menos, entenden algo disto pero na reunión que tivemos o outro día o que quedou patente é que nós somos conscientes de que o final das cotas lácteas nos pode deparar un pau, hai que prevelo, pero non é menos certo e eles iso non o dixeron na reunión, de que o Ministerio, si ten un paquete lácteo e si, practicamente, o 80% do que nos comentaron alí está previsto xa no Ministerio. Foi estar naquela reunión connosco onde estivestes vos e máis estiven eu, do BNG non puido vir Cesáreo Mosquera, e ó día seguinte chegou o borrador que ten o Ministerio e, practicamente, dicía o 80 ou o 90% do que dicían eles. Polo tanto, non é un tema novidoso que o puxeran encima da mesa senón que o Ministerio xa está preocupado, obviamente, onde hai sector primario cremos que pode haber unha certa preocupación. Agora ben, a moción que presentades aquí que eu non lle vexo maior problema para apoiala, o punto 1, para non entrar en fonduras, o punto 1 poderíamolo aprobar sen ningún problema; e o punto 3 tamén, e o 4 pois tamén; simplemente habería que matizar o punto 2. No punto 2 poñédeslle A, B, C, D, E, F, G ata o G, distintos apartados, estes apartados, que é o que lle dicía eu ó voso Portavoz, nós estamos dispostos a apoiar a moción se se acepta unha transaccional propoñendo que, á parte, vos aquí do que falades de instar ó Goberno galego, parécenos ben, a que reclame ó Estado, ese apartado parécenos ben; a duración dos contratos nos que interveñen o subministrador e o gandeiro, que teñan unha duración mínima de doce meses, tamén nos parece ben. O B tamén nos parece ben, que o volume do subministrado deberá ser, aproximadamente, igual ó do ano anterior. O apartado C, ese xa non nos parece ben, porque falades das empresas transformadoras de leite que teñan a obriga de presentar ós seus gandeiros subministradores unha oferta por escrito, con antelación dun mes respecto da data de entrada en vigor do novo contrato. Isto non se está producindo, entón, o problema é que se nós instamos á Xunta para que a Xunta inste ó Goberno, vamos a ver, a ditadura que exercen as lácteas sabémolo como é e sabemos que isto non o van a facer. Polo tanto, non podemos, porque se realmente respectan o firmar o contrato, se respectan o contrato que sexa de once meses e se, realmente, respectan que ese contrato de doce meses contemple os doce anteriores, creo que é máis que suficiente porque se queremos atalos tan curtos non van a entrar polo aro. Entón, é mellor o que, ás veces o bo é inimigo do óptimo, entón, sabemos que agora mesmo as empresas tráenlle o contrato ás veces xa cando levan quince ou vinte días recollendo sen contrato, esa é a realidade, iso non vai cambiar da noite para a mañá. Polo tanto, de firmar o contrato e máis das particularidades do contrato, parécenos razoable o punto A e o punto o B, o C non porque non o van cumprir, e o D peor porque o D prexudica ós gandeiros, o D dicides que a data de entrada en vigor dos contratos sexa a data de rexistro dos mesmos polo Sistema de xestión dos contratos do leite Gecole. Iso é prexudicial para os gandeiros porque a realidade é que cando se acaba un contrato e vén o outro, pasan quince ou vinte días ou un mes, entón, iso é como recoñecer que estivo dando leite negro, que ocorre, pero é como recoñecelo oficialmente, entón, iso vai ocorrer mentres non haxa. Porque, a ver, aquí hai un problema que, non é que a Administración non poida facer de mediador pero vouvos poñer un exemplo que creo que vos pode quedar perfectamente claro. Hai unhas normas de competencia que as arbitra Europa e esta Comisión nacional de mercados da competencia é a que sanciona. Ben, pois mirade, cando foi a época do bipartito, foi a única vez, no tema dos prezos, artellouse un acordo para subilos e foi no caso do mexillón a través de Pladimega, ben, o resultado diso foi unha sanción de 3,9 millóns de euros e 2,1 millóns de euros ós conserveiros. Polo tanto, temos que facer algo que sexa legal e, o problema está en que, se realmente estamos nun mercado, hai que xogar co que nos favoreza, intentar arrimarlle a ascua á nosa sardiña é lexítimo, pero tendo en conta que podemos conseguir, se é que a Administración tira para adiante, o efecto contrario. No caso do Pladimega conseguiuse o efecto contrario, ó final foi peor o remedio que a enfermidade. Polo tanto, eu creo que aquí, se aceptamos o punto A, o B e logo un importante que é o E, que é a creación dun mediador para os contratos lácteos, ese mediador non vai a ser a panacea, algún pensa que o mediador vai dicir, “non, como non estou de acordo a leiteira e máis eu, pois o mediador é o que pon o prezo”. Diso nada, ¡eh!, iso onde mellor funciona é en Francia e teñen un mediador e o mediador, simplemente, o que mira é polos aspectos legais do tema non mira de dicirlle, “non, como non vos poñedes de acordo, póñovos eu o prezo”, non, non, iso é mentira pero, en todo caso, ese mediador é unha figura importante e é bo que haxa un mediador para estes temas porque, coñecendo o percal, vai haber moitos problemas, seguro, sobre todo se, como eu penso, a xente ó terminar o das cotas se vai lanzar a producir, sen, intentando conseguir, que pódese conseguir xusto o efecto contrario, inundar o mercado de leite e que despois ó final teñamos problemas. España, non deberíamos ter problemas, nós producimos aproximadamente o 75% do que consumimos e cunhas políticas axeitadas, como di Cesáreo, “xa me entendes”, sen facer nada ilegal, unhas políticas axeitadas dicíndolle ós comercializadores de aquí, “oe, non vos pasedes e non apretedes ás industrias, non poñades o leite tanto de reclamo”, con algo de man esquerda non deberíamos ter problema para a nosa produción, agora ben, se multiplicamos a produción por dous, si que teremos problema. Entón, non se trata de agarrar agora e dicirlle ó gandeiro, “non, mira, agora como se acabaron as cotas, ti a billa aberta e se podes meter cen vacas máis, veña cen vacas máis”, porque é un erro, é un erro e ás veces, desde algún sindicato estase intentando transmitir iso e non é bo, non é bo porque pódese producir, o lóxico é que produzas o mesmo que estás producindo e un pouquiño máis, probablemente, para compensar certos aspectos, e nós aínda podemos coller ese pouquiño máis pero se é moito máis, aí é onde teríamos un problema. Polo tanto, vamos a ser mesurados para non ter problemas no sector. O sector, agora mesmo, estamos cobrando un pouquiño menos en Galicia que Asturias, un pouquiño menos que Andalucía, pero é por esa particularidade de que Asturias, que é sempre con quen nos comparamos porque a temos ó lado, a Central Leiteira Asturiana, os propios socios decidiron, como eles son os que collen despois o resultado da comercialización, decidiron pagarlles máis ós produtores. ¿É unha cacicada?, non, o que pasa é que, din “oe, en vez de ter máis dividendos e repartilos, temos máis problemas, vamos pagar máis o leite sabendo que forma parte dos dividendos”. Entón, non se pode comparar porque nós non temos, por desgraza, non temos un grupo leiteiro galego, falouse vinte mil veces de crealo pero nunca houbo narices suficientes para votar o que había que votar e, non se creou ese grupo lácteo galego e os asturianos foron máis finos, tamén é certo que tiveron outra conxuntura, non do Goberno, senón que a propia central leiteira asturiana fíxose moi forte e copou rapidamente o 60% do mercado e logo chegou a copar o 100%. Polo tanto, o mediador está ben, o punto F, iso prexudícanos, a figura dos primeiros compradores do leite no sentido de garantía da súa solvencia, eu creo que nadie che vai poñer un aval, é dicir, estante “puteando”, perdón pola expresión, estante machacando para comprarche o leite, xa incluso, con quince días ou con algo de retraso, e encima dislle, non, agora aválame o do ano e diche pero “tururú”, é dicir, é que iso non hai ningunha posibilidade, polo tanto, eu creo que o punto F é un canto ó sol e, o punto G si, ese aceptámolo. E logo, é dicir, aceptamos o índice deste segundo punto, aceptamos o enunciado do segundo punto, aceptamos o punto A, o B, non o C, nin o D, nin o F e si o E e o G, un, dous, tres, catro, cinco. E nós propoñeríamos unha transaccional no sentido de que non dea a sensación que pode dar a moción, porque a Deus o que é de Deus e a César o que é do César, que non dea a sensación de que non se está facendo nada neste eido, porque a Xunta de Galicia si está preocupada por isto e si leva arbitrada unha serie de medidas e está traballando. Entón, o que propoñemos é continuar co traballo desenvolvido a prol da mellora das ferramentas normativas e económicas que aseguren unha fortaleza negociadora e unha axeitada construción de prezos no sector gandeiro, forestal e agrario, con especial incidencia na consolidación do que atinxe ó chamado Paquete lácteo, é dicir, reforzar o que están facendo pero estano facendo e cónstame, ademais porque eu sei como funciona esa comisión e cónstame. E logo, culminar o proceso de dotación dos elementos normativos e orzamentarios, que nos fai falta, porque os normativos, obviamente, algo vai a cambiar, o Ministerio teno xa claro e, a proposta ministerial vai por ese sentido, polo tanto, non estamos nas antípodas, estamos cerquiña. A figura do mediador que non queiran as leiteiras, que non queiran as industrias e a comercializadora, pero nada máis. Digo, culminar o proceso de dotación dos elementos normativos e orzamentarios que leven a reforzar a competitividade da actividade do sector lácteo, diante dun escenario final das cotas de produción, nomeadamente, coa aprobación da Lei de mellora da estrutura territorial agraria e coa posta en marcha do novo programa de desenvolvemento rural 2014-2020. Meteríamoslle eses dous puntos nosos e aceptaríamos os outros cinco vosos e a min paréceme razoable. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- ¿Estades de acordo? D. Césareo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, eu estou así un pouquiño preocupado que quedei, calculei mal o tempo e quedei de facer a comida e non a fixen onte e váiseme un pouco a hora, ¿non?. Pero, creo que isto, de verdade, está un pouquiño desenfocado, ¿non?, supoño que non vamos a facer aquí un tratado, unha investigación de que, “a como”, pero trátase de dar o apoio da, entendo eu, o apoio da Corporación á preocupación, ós problemas que pode ter o sector gandeiro, punto. Eu creo que con iso chegaba de sobra e nos deixábamos de punto G, claro. Bueno, eu o que vexo moito máis intelixente e creo que debía estenderse, é a actitude de Begoña Estévez facendo fotos aí a Chema e demais, exactamente a excursión, que se vai de volta e se retira, e de verdade, eu creo que as outras chicas tamén debían facer unhas fotos e uns selfies, aí, é extraordinario, absolutamente extraordinario, que é unha ocupación moito máis tal que estas cousas de F, G, que vamos, que de verdade, estamos todos, en fin, están todos mareados, aínda que teñas o texto diante, iso, a verdade é que o Pleno non debería ser isto, de verdade. Nós vamos a votar a favor do que se acorde ou o que sexa. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moi ben. Sr. González Pérez.- Bueno, gracias a Mosquera, tamén, por dar a súa opinión aínda que non entendín absolutamente nada do que aquí dixo, pero como soe ser habitual xa tampouco me preocupa. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Non quere facer a comida hoxe, non quere facer a comida. Sr. González Pérez.- A única, a única realidade e o único que buscabamos nós era apoiar, realmente, a proposta que nos facían Unións Agrarias que nos transmitiu o outro día e que conseguiu non resumir senón ampliar, incluso, o Deputado por Lalín, Alcalde de Lalín que, evidentemente, sabe bastante máis que eu de cota láctea e, probablemente, bastante máis que nós pero, repetimos, que nós o que queremos facernos é eco daquela petición que nos fixeron os representantes de Unións Agrarias que, eses, creo que, aínda que o Alcalde de Lalín sabe bastante, pois probablemente, sepan un pouquiño máis porque a súa vida é o seu traballo. De todos os xeitos, o obxectivo que ten o Partido Socialista presentando esta moción é, simplemente, o de refrendar este apoio a Unións Agrarias, para nós o importante non é que a nosa moción quede exactamente aprobada tal e como está e, polo tanto, non temos problema ningún, sobre todo, despois de que o Deputado do Partido Popular teña confirmado que mantén o punto G que era o que tamén tiña certa problemática. En principio, para nós non hai problema ningún, aceptamos as transaccionais ou as aportacións que fan desde o Partido Popular e tamén aplaudimos o apoio do Bloque Nacionalista Galego nesta moción e, creo que si a podemos facer e aprobar por unanimidade, pois, moitísimo mellor. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Bueno, o Secretario me di que quere aclarar … Sr. Secretario.- Vamos a ver, de la moción del PSOE se aprueba el A, el B, el E, el G y luego el A y el B otra vez. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Vamos a ver, esta moción que a plantexaron desta maneira ten, en teoría, un primeiro punto que é requirir ó Presidente da Xunta de Galicia, ese si, non hai ningún problema. Un segundo, que é onde lle metemos modificacións, instar ó Goberno galego, empeza, instar ó Goberno galego, que ese ten varios apartados, aí é onde decidimos. Logo ten un terceiro punto, que é solicitar ó Goberno galego a adopción das seguintes medidas de apoio ó sector lácteo, mobilización de terras agrarias, etc., ese tamén. Trasladar á Xunta de Galicia, ese tamén e, onde digamos, onde incida a nosa transaccional é no dous, no punto dous, o de instar ó Goberno galego, aí, ese ten A, B, C, D, E, F, G, ten todos eses apartados, bueno, pois deses apartados o C non … Sr. Secretario.- O C non. Sr. Crespo Iglesias.- O D, o D de Dinamarca non. Sr. Secretario.- Tampoco. Sr. Crespo Iglesias.- E o F non. Sr. Secretario.- Y el F tampoco. Sr. Crespo Iglesias.- De acuerdo. Entón os outros mantéñense todos e métenselle dous nosos que chos dous despois. Sr. Secretario.- Es lo que decía yo. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moi ben, pois, vamos a votar como acaba de explicar o Sr. Crespo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos a favor. Votamos por unanimidade este tema. O Pleno acorda, por unanimidade e, coas modificacións acordadas polos tres grupos políticos que conforman esta corporación, aprobar a Moción do PSdeG-PSOE sobre adopción de medidas ante a desaparición do sistema de cotas lácteas no ano 2015. Dita moción queda redactada do seguinte xeito: “- Requirir ó Presidente da Xunta de Galicia que lidere ante o Goberno do Estado a posta en marcha de medidas verdadeiramente eficaces para permitir que as explotacións galegas poidan sobrevivir ante a inminente desaparición do sistema de cotas lácteas en abril de 2015. - Instar ó Goberno Galego para que reclame ó Goberno do Estado que a modificación do Real Decreto 1363/2012, do 28 de setembro, polo que se regula o recoñecemento das organizacións de produtores de leite e das organizacións interprofesionais no sector lácteo e se establecen as súas condicións de contratación, e se establezan as seguintes cuestións: a) Continuar co traballo desenvolvido a prol da mellora das ferramentas normativas e económicas que aseguren unha fortaleza negociadora e unha axeitada construción de prezos no sector gandeiro, forestal e agrario, con especial incidencia na consolidación da que atinxe ó chamado “paquete lácteo”. b) Culminar o proceso de dotación dos elementos normativos e orzamentarios que leven a reforzar a competitividade e sostibilidade do sector lácteo diante do escenario do final das cotas da produción, nomeadamente coa aprobación da Lei Mellora da Estrutura Territorial e Agraria e coa posta en marcha do novo Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020. c) A duración dos contratos nos que interveñan como subministrador un gandeiro terá unha duración mínima de 12 meses. Unicamente se autorizarán contratos cunha duración inferior en casos excepcionais debidamente xustificados, por exemplo, por xubilación do gandeiro. d) O volume que debe ser subministrado polo produtor será igual ó volume entregado nos 12 meses anteriores á data de entrada en vigor do contrato cunha tolerancia entre un 5 e un 10%. e) A creación da figura do mediador dos contratos lácteos, que carácter independente, que poida intervir en caso de conflito nas negociacións dos contratos por parte das organizacións de produtores ou das asociacións de organizacións de produtores de leite recoñecidas no nome dos seus membros. f) Que a citada modificación do R.d. 1363/2012, sexa publicada no mes de decembro, de xeito que estea vixente para a renovación dos contratos de comezos do ano 2015. - Solicitar ó Goberno Galego a adopción das seguintes medidas de apoio ó sector lácteo: a) Mobilización de terras agrarias para incrementar a superficie agraria útil das explotacións co obxectivo de incorporar 400.000 hectáreas no ano 2015. Vixiar e prohibir as plantacións forestais en terras agrarias. b) Apoio institucional e económico ó proceso de concentración de industrias lácteas. - Trasladar á Xunta de Galicia e ó Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente o acordo alcanzado polo Pleno.” 12.6548.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Asuntos fóra da orde do día. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- No hay ninguno. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Non hai ningún. b) Parte de información e control: 13.6549.- DAR CONTA DA INFORMACIÓN RELATIVA Ó PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CORRESPONDENTE Ó MES DE OUTUBRO DE 2014 EN RELACIÓN ÁS OBRIGAS DE SUBMINISTRO DE INFORMACIÓN ESTABLECIDAS NA LEI ORGÁNICA 2/2012, DE 27 DE ABRIL, DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA E SOSTIBILIDADE FINANCEIRA Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Parte de información e control. Punto 13. Dar conta da información relativa ó período medio de pago a provedores. Sr. Interventor. Pois, damos conta. Os principios de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira do sector público como base do funcionamento estrutural das Administracións Públicas resultan clave para o crecemento económico e benestar social e contribúen a xerar confianza no correcto funcionamento do sector público. Dada esta importancia, o lexislador redefiniu o principio de sostibilidade financeira no artigo 4 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira, incluíndo non só o control da débeda pública financeira, senón tamén o control da débeda comercial. Tal e como recolle no seu informe a Comisión para a Reforma das Administracións Públicas, o desafío de controlar a débeda comercial e erradicar a morosidade das Administracións Públicas esixe crear un instrumento, automático e de sinxela aplicación, para que o seu seguimento permita un control xeneralizado e eficaz, que sexa comprensible tanto para as Administracións Públicas como para os cidadáns e, sobre todo, que sexa público de acordo co principio de transparencia recollido no artigo 6 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril. Considerando a Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, que introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, que todas as Administracións Públicas deben calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo. Considerando o establecido no artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores polas Corporacións locais. Considerando o establecido no artigo 4.3 da Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Resultando que o xefe do Servizo de Contabilidade elaborou un informe, no que figuran os conformes do Tesoureiro e do Interventor, relativo á información do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as Entidades Locais Escola de Enfermería e Consorcio de Bombeiros correspondente ó mes de outubro de 2014, cuxo detalle é o seguinte: PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES (10/2014) O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de outubro de 2014 da Deputación Provincial de Pontevedra e ás Entidades Locais Escola de Enfermería e Consorcio de Bombeiros, en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 14.6550.- DAR CONTA DO INFORME DE AVALIACIÓN DO CUMPRIMENTO DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA, REGRA DO GASTO E LÍMITE DA DÉBEDA DA UNIDADE INSTITUCIONAL DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2015 Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Punto 14. Dar conta do informe de avaliación do cumprimento de estabilidade orzamentaria, regra do gasto. Correcto. O Sr. Interventor explica que de acordo coa legalidade vixente, en relación co expediente de “Orzamentos Consolidados” para o exercicio 2015, da Deputación Provincial de Pontevedra, da Fundación Escola de Enfermería e do Consorcio Contraincendios Provincial (dependente 50%), o servizo de Intervención elaborou o informe sobre o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite da débeda na Unidade Institucional Deputación de Pontevedra correspondente ó exercicio 2015. As conclusións de dito informe son as seguintes: • Capacidade de financiamento, “superávit non financeiro” =17.901.790,53€. • Cúmprese coa “Regra de gasto”, establecéndose o límite ou teito do gasto non financeiro en cumprimento da regra de gasto en: 138.966.770€. • Límite de débeda sobre ingresos correntes liquidados=35,34%. • O resultado da avaliación: CUMPRE COS OBXETIVOS SINALADOS NA APROBACIÓN DO ORZAMENTO XERAL PARA O EXERCICIO 2015. Para dar cumprimento a dito precepto, o informe emitido debe elevarse ó Pleno para o seu coñecemento e ós efectos previstos na normativa de aplicación en materia de “estabilidade orzamentaria”. O Pleno queda enterado do contido do informe de Intervención sobre o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra do gasto e límite da débeda na aprobación do orzamento consolidado da Unidade Institucional Deputación de Pontevedra correspondente ó exercicio 2015. 15.6551.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Las que están en la carpeta que serían las que van desde el 28 de octubre al 24 noviembre. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 28 de outubro e 24 de novembro do ano 2014 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 16.6552.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Rogos e preguntas. Non hai rogos nin preguntas. Pois levantamos a sesión. Moitas gracias a todos. Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)