ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.206
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2014-09-01_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.829/3.2014-09-01_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2014-09-01_Extraordinaria

  • Data(s) 2014-09-01 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 21 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 1 de setembro do 2014 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día un de setembro do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria de agosto, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto a Secretaria Accidental, Dona Mª Jesús Torres Peón, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bueno, moi bos días. Imos a dar comezo, entón, ó Pleno extraordinario da Corporación provincial. a) Parte resolutiva: 1.6510.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTE NA FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL Sr. Presidente.- O primeiro punto, que é a votación do mesmo, temos a Moción da Presidencia sobre designación de representante da Fundación Galicia Obra Social. Ten a palabra o Sr. Figueroa Vila. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, bos días a todos e a todas. Hoxe traemos este tema porque é urxente, porque xa que mañá se vai a celebrar o Padroado da fundación do novo banco, do que se trata hoxe é, precisamente, de designar o representante da Deputación de Pontevedra. Saben todos vostedes que o Padroado está constituído por 19 membros en representación dos grupos que representan a esta fundación, que forman parte, tamén, á parte dos 9 membros do banco, 7 por parte dos concellos de maior poboación de Galicia, 4 polas Deputacións provinciais de Galicia, 4 polo Parlamento de Galicia, en proporción á representación de cada grupo parlamentario, 3 en representación da Xunta de Galicia designados polas seguintes consellerías, Facenda, Traballo e Benestar e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; e tamén, 1 polos empregados da fundación mediante un sistema de elección directo. A nós nos corresponde a designación dun representante, os patróns deberán exercer o seu cargo persoalmente, o mandato do padroado terá unha duración de 5 anos, renovables por outros 5 anos, e os patróns designarán entre eles ó presidente do padroado cun mandato que terá unha duración de 5 anos, sen prexuízo da súa posible renovación por un segundo e último mandato. O presidente dispón de voto de calidade, e tamén, acordar a modificación, cando resulte conveniente para os intereses da fundación e mellor consecución dos seus fins, de tres cuartos, que sería a maioría que se necesitaría para cambiar os estatutos. Tamén, un dos temas importantes é que as persoas que se designen sexan persoas vinculadas co tema cultural. Cada membro do padroado terá dereito a un voto, non obstante, nos 7, tamén, votos correspondentes ós patróns designados polos concellos se repartirán entre eles de modo proporcional á súa poboación conforme ó último censo, calculándose o valor de cada voto con dous decimais, de modo que a suma do valor de todos eses votos sexa igual a 7. Bueno, isto é unha definición moi clara e moi concreta, tamén, con respecto ó nomeamento, a fundación terá un xerente nomeado polo padroado, que non terá a consideración de membro do padroado, a súa designación e cese debera ser notificado ó Protectorado e inscrito no Rexistro de fundacións de interese galego; o xerente exercerá a alta dirección da súa función, terá dedicación exclusiva. E, con respecto a outras cuestións, bueno, vén moi claro xa nos estatutos, tamén as contas anuais, o plan de actuación, etc. Nós imos a propoñer o nomeamento de Dona Marta Lucio Gomez, que é unha persoa que nestes momentos está dirixindo o Museo do Mar de Vigo, co cal ten unha ampla experiencia profesional, é unha persoa que está facendo un magnífico traballo, volvo a repetir, no Museo do Mar de Vigo, é licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela en Xeografía e Historia na especialidade de Historia do Arte, Arte Antiga e Medieval, e Historia do Arte Museoloxía; ten varios certificados, másters e diplomas relacionados coa Historia do Arte, e bueno, non lle vou a ler o seu curriculum, porque bueno, ten dende a súa formación académica, asistencia a congresos, encontros, coloquios, simposios, bueno, Congreso Nacional de Arqueoloxía celebrado no ano 93, encontros de Galicia-América, bueno, eu creo, que a súa cualificación está, perfectamente, avalada polo seu traballo que leva facendo ó longo dos últimos meses, xa dos últimos anos. Creo que é unha persoa cualificada, que como ben din os estatutos, a intención deste padroado é que as persoas que estean designadas teñan unha vinculación, directa ou indirectamente, moi próxima ó que é todo o relacionado coa fundación. E creo, que se reúne nesta persoa as características, e as condicións para facer este nomeamento. É unha persoa que está moi vinculada a provincia, moi vinculada ó Museo do Mar de Vigo, que está facendo un traballo magnífico nos últimos meses, creo que desde que chegou a dirección o traballo está aí, é un traballo profesional, un traballo onde cada día o museo, pois, está destacando polo seu labor e a súa traxectoria profesional, e a cualificación da xestión deste museo. Polo tanto, queriamos facer o nomeamento desta persoa, e a proposta que facemos, se puidera ser por consenso, pois moitísimo mellor. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias, Sr. Figueroa Vila. Don Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Señor Presidente. Bos días a todos e a todas. Estamos un tanto sorprendidos, tanto polo contido do pleno como por este punto en particular. O outro día, que foi o luns pasado, exactamente hai sete días, foi á comisión, non se ditaminou, polo tanto, haberá que ditaminar a urxencia aquí, cousa que se lle esqueceu ó portavoz do PP; e, pídenos agora se pode ser consenso, mire, viñemos a mirar os expedientes cando se convocou o pleno, non estaba ningún nome, e, polo tanto, parece que non había nin consenso dentro do Partido Popular, parece que foi un parto difícil, porque, convócase a unha comisión para facer esta proposta, non hai ningunha proposta, cando se convoca o pleno non hai ningunha proposta, e agora, pois, aparece esta proposta. Obviamente, se se quere facer un nomeamento por acordo de todos os grupos o mínimo que hai que ter é a deferencia de comentar ós demais grupos a quen se vai a propoñer, ou, incluso, recoller achegas ou propostas que poidan facer os outros grupos. Obviamente, a historia é como é, a que acabo de describir, vostedes tiveron graves dificultades para facer ningunha proposta, para poñerse de acordo entre vostedes, e, agora, veñen directamente ó pleno, aquí, xa cun nome que coñecemos hoxe a mañá, sen comentar para nada, ¿non?. Aínda é bo que hai a sorte, de que, bueno, xa coñecemos un tanto esta casa, polo tanto, tamén tiñamos algunha referencia desta señora, e despois, hai agora internet, e no momento, mírase quen é cada quen, se ten un cargo público, polo tanto, puidemos enterarnos, porque senón, non o teriamos, non o poderiamos saber. Evidentemente, este tipo de propostas, con nomes concretos, sempre crean unha violencia sobre quen non participou no proceso, e ten que definirse. Obviamente, podiamos facer razóns e podiamos dar outros nomes, e incluso cos mesmos criterios, para esta proposta, para esta persoa que representa á Deputación na fundación, non o imos a facer, sería bastante disparatado, sería poñer no disparadeiro a unha serie de persoas que non teñen culpa, nin teñen nada que ver. Quédannos moitas dúbidas, estamos cun área de cultura, cultural, tamén podía ser social ou o que sexa, ¡home!, esta casa ten xestión directa sobre bastantes entidades, ¿non?, poderíase buscar aí, ¿non?, esta persoa tívoas, agora non as ten, porque está no Museo do Mar de Vigo e demais. Pero bueno, non imos a estendernos máis, simplemente non imos a avalar a proposta, por non ter sido comentada nin, e moito menos consultada con este grupo, e nace mal, e incluso a maiores nace mal, polo que dixemos, de que nin o luns, nin o xoves estaba a proposta enriba da mesa, igual, parece que houbo graves dificultades internas dentro do grupo do Partido Popular para facela, obviamente, con estes antecedentes nós non podemos apoiar esta proposta. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Mosquera Lorenzo. Don Santos Héctor Rodríguez. Sr. Rodríguez Díaz.- Grazas Presidente. Bos días. Esta cuestión que ten dúas partes, para nós o Partido Socialista, a primeira, é a de forma, efectivamente, na xuntanza das Comisións informativas, que ía o punto da designación do representante por parte desta Deputación da Fundación Caixa Galicia, non se fai ningunha proposta, e, dende logo, hoxe tampouco, e vostedes tiveron ocasión, tampouco, como mínimo ter esa cortesía institucional coa oposición de antes de empezar o pleno poder dicir que van vostedes a presentar ou a propoñer este nome, o de Dona Marta Lucio Gómez. Polo tanto, mostrar o noso descontento con esta forma de actuar, cando vostedes veñen falando de transparencia, apertura, democracia, eu, para o noso modo de ver, unha falta de democracia e de respecto, cando menos á oposición. E a segunda cuestión, que é de fondo, é para nós a máis importante, e que dende logo é, ¿que vai a facer este representante da Deputación de Pontevedra neste consello?. ¿Vai a pedir de que de novo volva a como estaban nos estatutos anteriores a sede operativa á cidade de Vigo, a esta provincia de Pontevedra?, ou, ¿vai a estar calada e vai a consentir que quede trasladada, como está de feito, na cidade da Coruña?. Porque, o que si é certo, e todos coñecemos, e hai que recordalo aquí, é de que, a raíz da disolución da fundación, como consecuencia da fusión das dúas caixas, quen levaba as rendas desa fundación é a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, que modifica con nocturnidade e aleivosía, modifica os seus estatutos sen dicilo, entérase un tempo despois, máis dun mes despois nos enteramos que fan unha modificación dos estatutos sen contar con ninguén, sen dicirllo a ninguén. E, deciden cambiar a sede social e fiscal para a cidade de A Coruña, a cidade de A Coruña non queda na provincia de Pontevedra, a de Vigo si, que é onde estaba a sede desta fundación. E é unha cuestión moi grave, por tanto e tanto, seguen a esquilmar a esta provincia dende a Xunta de Galicia, dende o Sr. Feijoo, seguen a esquilmar esta provincia, non só xa coa fusión das caixas, senón, agora, tamén coa súa fundación. Eu lles quero lembrar, que a fundación se nutre, fundamentalmente, dos fondos que hai nesta provincia: fondos inmobiliarios, a Escola de negocios, Colexio fogar, a Colección pictórica. Porque, todo isto de Caixa Galicia o venderon, ¡eh!, como estaba quebrada tiveron que ir vendendo para ver si lle cadraban algo as contas. Aquí non, en Caixanova, en Caixanova non, está todo a obra aquí, e sen embargo quen van a decidir van a ser os de A Coruña, en A Coruña sobre esta obra. Pero é grave, porque a sede central que está en Vigo, ten máis do 40% do persoal empregado, e tamén vai a ter un efecto, un efecto moi negativo sobre o emprego de calidade, e o emprego en xeral desta provincia. Polo tanto, nós non imos a apoiar este nomeamento, non o imos a apoiar, o apoiariamos se aquí nesta moción aparece o compromiso de que esta responsable nesta fundación, vai a esixir, vai a esixir, de que a sede social e fiscal a devolva a Xunta de Galicia a onde estaba e a onde debe seguir estando que é nesta provincia, na cidade de Vigo. E, senón é así, o noso partido votará en contra, porque o que non imos a estar dispostos é a seguir facéndolle o xogo ó Sr. Feijoo, á Xunta de Galicia, para que siga esquilmando esta provincia, que siga esquilmando á cidade de Vigo, e iso é o que nós queremos poñer de manifesto hoxe aquí con esta Moción da Presidencia sobre a designación do representante na fundación. Nós non dubidamos da capacidade desta proposta, nin temos nada en contra da persoa, pero si de cómo foi o procedemento, e si tamén, se imos a ser consentidores de que sigan esquilmando esta provincia, sigan esquilmando á cidade de Vigo. Pois ben, neste senso, nós reiteramos de que se podemos, nesta moción, incluír de que esta representante vaia a reclamar o que é de xustiza e de dereito, nós apoiariamos, senón é a así votamos en contra. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Bueno, en primeiro lugar, antes de darlle a palabra ó portavoz do Partido Popular, dicir que non tivemos ningunha dificultade, como dicía o Sr. Mosquera, no nomeamento, senón que o único que si tivemos é que era en pleno mes de agosto, pedimos unha explicación a efectos de nomeamento á Xunta de Galicia, porque, a verdade, en certa maneira, os estatutos da mesma que establecen a nominación de persoa representante, neste caso da Deputación, e tamén neste caso representantes doutras administracións, é bastante complexo, é bastante complexo, de feito no ámbito xurídico, pois, había contradicións entre algúns departamentos da propia Xunta de Galicia en relación a como se debería de facer o nomeamento e que posibles propostas, aínda que si vén establecido nos estatutos, como digo, son bastante enfarragosos e, polo tanto, en todo caso, si é certo, que debo pedir desculpas, porque puidémolo haber falado sen ningún problema, pero, ata o xoves pola tarde non tivemos a confirmación de poñer en marcha a persoa, que xa estaba previamente falado con ela, pero que, xa digo, cuns estatutos tan complexos e complicados como este, pois, ás veces, non era fácil o nomeamento. En todo caso, finalmente, así nolo mandaron, e aquí o traemos, de feito, hai algunhas institucións que a propia Xunta de Goberno foi quen de nominar ó seu representante, aquí tamén había disparidade de criterios, se era a Xunta de Goberno ou o Pleno, o Secretario dixo que debía ser o Pleno, e por iso o traemos, tamén, aquí o Pleno. Polo tanto, xa digo, é unha complexidade a maiores desde o punto de vista técnico, administrativo, a decisión, non da persoa, que xa digo, que non ten ningún tipo de inconveniente, senón todo o contrario, senón da complexidade técnica ante uns novos estatutos que se puxeron en marcha por parte, neste caso, desta nova fundación, desta nova fundación, co fin de evitar casos como os que pasaron anteriormente, polo tanto, que quede claro este tema. E, en segundo lugar, en relación ó que dicía, tamén, o portavoz do Partido Socialista, eu creo, que xa se lle vai acabando a corda, o rollo do discurso ese de esquilmar a Vigo, e todo o demais, porque, é que o problema que vostedes teñen é que non son cribles, non son cribles en nada, en particular, en isto tampouco, porque o que están intentando lograr desde Vigo, precisamente, é que ninguén, pois, invista alí, iso é o que pretenden, para despois ir con esa miseria e dicirlle ós cidadáns, “mirar, nin dende a Xunta de Galicia, nin dende o Estado, ninguén quixo investir aquí”. Entón, vostedes o que fan é que cada vez que vai alguén alí, como neste caso agora a Deputación que quere, pois, axudar nun proxecto de cidade, nun proxecto que é da provincia en certa maneira, “no, no, no”, con esa chulería, ¿non?, “non, que nos manden os cartos e despois xa decidiremos nós”, en vez de dicir, oe, o normal é sentarse coa xente, coas administracións a falar, non, vostedes non, porque vostedes o que están buscando dende hai moito, esa é unha arma que levan utilizando, así lle vai, neste caso, nalgunhas cousas a Vigo por culpa de ter, neste caso, políticos que o que fan é desas miserias, de dicir, “non, non queren investir en Vigo, queren esquilmar a Vigo”, a ver se así sacan rédito electoral, e o que están facendo con todo iso é prexudicar os intereses de Vigo, e por iso que ó final, é como aquilo, cando dicían daquela, “non, nós se gobernamos imos a levar a sede da Consellería de Pesca para Vigo”, e despois, chegaron o goberno e a Consellería de Pesca quedou onde estaba, ¿non saben?, porque era unha cuestión de sentido común, home, e os cidadáns non comulgan con rodas de muíño. Entón, teñen que ser un pouco más serios, deixarse desas tonterías de esquilmar a Vigo. Porque ademais, os que nos poidan ver desde fóra, desde fóra, desde Portugal, e incluso, dende o resto de España, se estarán escarallando de risa como aquí andamos con ese localismo trasnoitado, para un país que somos dous millóns e pico de persoas andamos con ese localismo trasnoitado para ver se sacamos algo de rédito electoral desas parvadas, porque son parvadas. Pero a sorte que hai, é que os cidadáns son moito máis intelixentes que iso, moito máis intelixentes que vostedes, entón, pensan que aínda vivimos na etapa do populismo barato de Chaves en Venezuela, e cousas así, e iso, dalgunha maneira, dura o que dura, dura o que dura. E neste momento, ademais, dáse a circunstancia que a pesar do Alcalde de Vigo, e a pesar deses inconvenientes e trabas que intentan poñer sistematicamente para que non se invista nada en Vigo, se está facendo por parte da Xunta de Galicia a maior inversión da historia na cidade de Vigo. ¿Que lle parece?. Pois si, a pesar de que, xa digo, un alcalde nada receptivo a nada, ó contrario, intenta expulsar a todo o que vai alí, para que non veñan, e que el sexa o campión da nada, porque ó final é o campión da miseria, o campión da nada, aí vai Pulgarcito, “imos ala, que eu son o máximo aquí, o rei, e non quero que veña ninguén aquí”, “e non, que esquilman a Vigo”, que tonterías son esas, se ó final vivimos aquí todos no mesmo país, senón hai diferenzas, precisamente ningunhas, no ámbito de Galicia, para estar agora con estas batallas. As batallas son o que temos que conseguir fóra que veña para aquí, pero non batallas entre nós, porque se están escarallando de risa, os que nos poidan estar vendo dende fóra se escarallan de risa ante estas parvadas dun tal Caballero&Company. Polo tanto, eu xa digo, eu creo que é unha perda de tempo que nos poñamos nesa discusión, que xa digo, con nós, evidentemente, claramente, non vai, pero o importante é que a Deputación, como si pedimos no seu momento cando se creou a fundación, vai a ter un representante, porque fomos a entidade fundadora daquela antiga entidade financeira, que por certo, con esa mesma demagoxia que vostedes utilizaron, despois encolleron o rabo, cando pasou o que pasou coas caixas, ¡eh!, primeiro foron alí á defensa das caixas e dos seus dirixentes, e despois houbo que encoller o rabo, cando pasou o que pasou, ¿non?, primeiro facémonos a foto con tal, manifestación, e tal, tal, pero, despois cando houbo que tal, metémola cabeza debaixo da ala, porque claro, como había problemas de preferentes e outras historias por se acaso agachámonos. Por iso que, poñan sensatez, pensar que os cidadáns xa teñen, a maioría teñen maioría de idade, maioría de idade, e non pensan como algúns que queren sacar rédito electoral de miserias como esa. Sr. Figueroa Vila. Sr. Figueroa Vila.- No, bueno, eu creo que está case todo dito. Aquí, hoxe se traía á aprobación deste Pleno o nomeamento do representante da Deputación, que outros concellos non fixeron aínda, por certo. Mañá se constitúe o padroado, e nós o que buscamos é unha persoa cualificada, unha persoa que teña unha vinculación directa co arte e cos museos da cidade de Vigo, e que, bueno, que a Directora do Museo do Mar de Galicia, que está en Vigo, nos parece que é a persoa idónea por méritos académicos, por méritos de xestión, polo seu traballo, e sobre todo por algo moi importante, que leva un ano e medio traballando neste museo e o museo está crecendo en número de exposicións, está crecendo en actividade, esta crecendo en número de persoas que o visitan, se está facendo remodelación que non había onde aparcar e agora xa, polo menos, un dos grandes problemas que tiña está resolto. É dicir, nun ano e medio se fixo máis que no resto dos oito anos ou nove, restantes, que se estaban alí. Iso quere dicir que, bueno, pois, que é unha persoa que a nós nos dá absoluta confianza na xestión, e creo, que é importante que teñamos unha persoa cualificada que coñeza o mundo dos museos, o mundo da historia, e o mundo do arte, e que loxicamente poida, pois, evidentemente, non ser un número alí só, senón, que a información que de alí se recabe, as propostas que poida presentar, evidentemente, pois, tamén teñan o apoio, o consenso, e o acordo, desta Deputación, eu creo que iso, xa experiencia temos do que se leva producido. E con respecto ó que di o Sr. Santos Héctor, nós seguimos na mesma liña, estamos totalmente de acordo en que a sede institucional ten que ser en Vigo, como así o teñen que marcar os estatutos, e o van a marcar os estatutos. Polo tanto, non temos ningunha discrepancia en absoluto, o que pasa, é que vostedes, como ben dicía o Presidente, parece que queren buscar unha polémica máis nun asunto onde non a hai. O Alcalde non está intentando que os estatutos se poidan matizar ou modificar, non, el o que di, xa, que non vai a mandar representante, é dicir, entramos xa na guerra de sempre. E mire, que quere lle diga, despois dalgúns anos a foto de vostedes era, foto do Sr. Caballero cos directivos das caixas, vostedes seguen mantendo esa foto, ¿non?, a nosa non era esa foto, a nosa era salvar o sistema bancario galego, e por sorte se salvou, e está funcionando, e cada día crecendo, e con beneficios, esa é a gran diferenza. Mentres había unhas caixas que estaban arruinadas pola mala xestión dos seus directivos, que vostedes saian nesa foto co Sr. Caballero, agora resulta que o novo banco, pois, está facendo exemplo de xestión, aínda hoxe pola mañá nalgunha tertulia viñan falando da implicación que está tendo ABANCA cos galegos, incluso, pois, unha persoa dicía, que bueno, polo menos, unha persoa que emigrou, unha familia que emigrou trae o diñeiro, retórnao, e invérteo na súa patria de orixe. Bueno, pois iso é o que está pasando, os clientes están crecendo, os beneficios están crecendo, creo que hai unha xestión, ó final do percorrido, ¿cal é o problema?, que había 47 caixas, e nós polo menos, temos unha vinculación cunha entidade bancaria importante, que, bueno, pois, non é unha caixa é un banco, pero que evidentemente, ten unha relación directa e ninguén se queixou. Houbo unha modificación de nome, se fixo o traspaso de poderes sen ningún tipo de problema, se fixo o abono da primeira cota que tiña facer a entidade. Eu creo que está funcionando non ben, moi ben, e iso parece que lle molesta, e non só iso, e a maiores, que non tiñan porque facelo, conservan unha fundación ordinaria, unha fundación cunha serie de características, e na fundación, nos estatutos da fundación, ten que contemplar, e así ten que ser, que a sede institucional sexa en Vigo, como xa de di, pero se se quere mal interpretar, evidentemente, se pode facer o que queira. O único que eu lle pregunto, o Sr. Alcalde cando se sentou naqueles sofás da alcaldía, que vostedes tanto criticaron pero que utilizan agora, ¿lle dixo algo ó Sr. Escotet de que non estaba de acordo coa fundación?, eu creo que non, eu teño aquí un resume de prensa onde dixo que era a mellor xestión que se podía facer para Vigo, e para Galicia, que estaba totalmente de acordo cos novos propietarios do banco. Que era un exemplo a seguir, dunhas persoas que emigraran, que retornaran, e que investiran no seu país, iso dixo o Sr. Caballero na primeira entrevista oficial onde recibiu ó Sr. Escotet máis os seus directivos, polo tanto, non se pode dicir unha cousa e a contraria ó mesmo tempo. Polo tanto, eu creo que estamos en boas mans, se están facendo as cousas ben, se están facendo as cousas con criterio, o sistema bancario e ABANCA están funcionando ben, é dicir, as familias non hai nin unha queixa, se resolveu o tema das preferentes, lío onde nos meteron o Partido Socialista, están resoltas na súa totalidade, faltan matices, de multas e de cuestións, que creo que están reclamando, pero en canto ás preferentes está case resolto na súa totalidade, e isto tamén se debe a esa xestión. Polo tanto, eu creo, que o resultado final, final non, o resultado de inicio, porque levan uns cantos meses, mellor imposible, polo tanto, eu creo, que o que deberiamos de traballar todos é na mesma dirección, non buscar enfrontamentos, non buscar confrontacións. Claro que todos queremos, e eu, dende logo, son o primeiro que o digo publicamente, e o dixen no pleno da corporación de Vigo, e o digo neste pleno, a sede institucional é Vigo, e non hai nin outro tipo de dúbida, non pode habelo. Polo tanto, tamén temos a obra social que está ubicada na cidade de Vigo, e así se contempla nos estatutos, e por suposto, tamén, teremos que falar, ou terán que falar da Escola de negocios, que é unha escola de negocios importante, non só a nivel local, nin a nivel provincial, nin a nivel galego, senón a nivel nacional, e por suposto, do Colexio fogar que, bueno, pois deu unha cantidade de profesionais importantes da cidade e da provincia. Polo tanto, a vostedes o que lle molesta é que as cousas vaian, como di o noso Presidente, razoablemente ben, e van razoablemente ben, eu diría que ben, ou se me atrevo a dicir ata, hoxe estou un pouco optimista, ata moi ben. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa Vila. Don Santos Héctor Rodríguez. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, Sr. Presidente, falou, e falou, e falou, e falou, pero non falou do que eu planteei aquí. En primeiro lugar, eu non estou a falar de Vigo, estou a falar desta provincia, e a vostede parece que lle dá exactamente igual que A Coruña teña a sede social, e teña a sede operativa desta fundación, que unha cidade desta provincia, dálle a vostede exactamente igual. E vexo que seguen demasiado preocupados por Vigo, eu non estou a falar de Vigo, estou a falar desta provincia, e Vigo é unha cidade desta provincia. E en Vigo, pois arranxaremos os problemas que teremos que arranxar alí, e, dende logo, para nada isto que eu estou a formular son parvadas, porque quen decide e onde se decide tamén é onde se inviste os cartos da Obra social, é dicir, non é o mesmo que o decidan uns señores na Coruña, que que se decida nesta provincia, neste caso nunha cidade desta provincia. E, algunha outra cuestión, cando vostede fala de que non quere que en Vigo se invista, e tal, vostede se comprometeu a facer a reconstrución do Colexio alemán, un edificio social, e aínda estannos a esperar por eses cartos. E respecto ó de Balaídos eu voulle a facer unha pregunta, ¿xa lle dicho vostede ós que lle vai a sacar a partida?, porque claro, os presupostos están feitos, hai partidas para o persoal, hai partidas para investimentos, hai partidas para gastos correntes, hai partidas, todas perfectamente marcadas nos presupostos. ¿Xa lle dixo ós afectados por esas partidas de onde lle vai sacar os cartos?, porque a algúns lle vai ter que sacar os cartos, igual que llos sacou, un millón douscentos mil euros para ese edificio social que se aprobou nunha modificación de crédito fai nada, haberá que dicirlle onde. E despois, hai algunhas cuestións que a min me gustaría, que, dende logo, que foran certas, como iso de que as cousas van ben, razoablemente ben, e diría que moi ben, a min me gustaría que fora así, pero por desgraza, hai moitas persoas nesta provincia, que de verdade que o están a pasar moi pero que moi mal. Fíxense se o están a pasar mal, que os bancos de alimentos de Vigo, está a abrir na cidade de Pontevedra un almacén para poder distribuír aquí. Fíxese se as cousas non van ben, iran ben para algúns, para algúns, que están gañando máis que nunca, pero para a maioría da xente non, para os parados e para as paradas desta provincia non, van moi mal, van moi mal, ou sexa que, eu creo, que cando alguén escoita iso de que as cousas van moi ben, bueno, se ten que escandalizar, dende logo. Despois falaremos, se é posible, dunha moción onde poderemos falar de todos os parados que están sen prestación, ou de todas as persoas dependentes que se lle recortou, ou se lle deixou sen nada. E cando se fala, por ir contestando algunhas cousas das que dixeron, mire, cando se fala de que hai un sistema bancario galego, mentira, é un banco privado, absolutamente privado, non hai sistema bancario galego, o había coas caixas, agora non hai, non hai ningún sistema bancario, e quen leva a quebra as caixas é Caixa Galicia, que é a que estaba quebrada, absolutamente quebrada, non Caixanova, é Caixa Galicia a que leva a quebra do sistema das caixas. E miren, vostede di que hai beneficios, e hoxe ben nos medios de comunicación de que xa ABANCA gañou non sei que, tal, a nós nos parece moi ben de que teñan beneficios, calquera empresa que teña beneficios, porque iso é bo para a economía e para o emprego desta provincia, e do país. Pero, o que hai que dicirlle, cando se ten beneficios hai que dicirlle a quen lle vendemos algo por 900 millóns de euros, cando nós puxemos 9.000 millóns, 9.000 millóns, nesa ABANCA puxemos 9.000 millóns que temos que pagar todos os cidadáns cos seus respectivos intereses, cos seus intereses, iso é débeda, ABANCA xa está gañando diñeiro, pero nós temos que seguir pagando 9.000 millóns cuns intereses brutais de débeda, ¡hombre!, a ver se xa pagou Escotet os 9.000 millóns, non, non, non os pagou, non, para nada, pagou 900 millóns, ten ABANCA, é rendible, estupendo, nos parece moi ben, felicidades, ojalá todas as empresas foran rendibles e non tiveran que estar facendo expedientes de regulación de emprego, ou despedidos, ou pechando. Pero detrás disto, dicir, que os cidadáns, os cidadáns, nós, debemos 9.000 millóns, entre outros, soamente desa operación, cos seus intereses que hai que devolver, que iso non queda aí na nube. E agora, xa indo á cuestión que é o que nos ocupa, vostedes, Sr. Figueroa, votaron no pleno de Vigo, o Partido Popular, que a sede social e fiscal e operativa estivera na cidade de Vigo, eu non lle vou a dicir hoxe que están aquí contradicindo, nin moito menos, hoxe están aquí, teñen que facer o seu papel, e en Vigo teñen que facer o seu. Pero o que si é certo Sr. Presidente, que non é o mesmo a sede institucional en Vigo, iso non é ningunha parvada, se é unha parvada, ¿por que Facenda da Xunta de Galicia non a deixou onde estaba?, ¿por que cambiou os estatutos?, porque, miren, nós non estamos pedindo que os estatutos que había que se cambien, non, non, non, nós estamos pedindo que os estatutos que xa había que se manteñan, ¿por que se cambiou para A Coruña?, ¿por que?, ¿por que o cambian e non dicimos nada aquí, e nos parece ben?. Cando foi dos partidos xudiciais, Sr. Presidente, ó primeiro non dicía nada, e cando viu que a cousa se arranxaba apareceu aquí, ¿iso era localismo?, ou daba o mesmo que estivera todo por alá arriba, non, non daba o mesmo, ¿verdade que non?, pois isto exactamente igual, non dá o mesmo que este na Coruña a sede operativa, a dirección, a sede fiscal, o centro de negocio da fundación, non, non, porque se dá igual, ¿por que non deixaron os estatutos como estaban?, ¿por que non os deixaron como estaban?, porque o Sr. Feijoo odia a esta provincia, en concreto, a unha cidade concreta desta provincia, a odia, a odia, a odia, é así, é así. Mire, lle poño un exemplo, lle poño un exemplo de gran inversión aquí, están a desdobrar o corredor do Barbanza, que non ten tráfico, e teñen o corredor do Morrazo “sine die”, vendo os atascos que hai todos os días, e non só atascos para ir de lecer, ¡eh!, atascos polas industrias que hai en Cangas, en Moaña, en definitiva no Morrazo. ¿E onde está a Xunta de Galicia, investindo aí?, non, non, pero inviste no corredor do Barbanza, iso queda en Coruña, Barbanza, me parece, na provincia da Coruña queda o Barbanza, e invisten alí, cando non hai tráfico ningún, e aquí, onde se necesita non invisten. Entón, non nos conte historias, non nos trate de desviar, non nos traten de desviar, a obra social é, fundamentalmente, herdeira de Caixanova, e a levan para A Coruña; igual que queren levar tamén para Santiago o fondo pictórico, é dicir, isto é un esquilme, iso é un esquilme, non ten outro nome, e polo tanto, nós o Partido Socialista, imos a seguir defendendo que quede nesta provincia, que modifiquen os estatutos, e que queden os estatutos como estaban, en canto que a sede operativa, fiscal, e de negocio, estea, xunto coa sede social, estea na cidade de Vigo, en definitiva, na provincia de Pontevedra, e non como fixeron esa aldraxe de levala para A Coruña. Sr. Presidente.- Bueno, eu creo, que este tema non dá máis de si. Pero só para replicarlle algunha cousa das que dixo, porque, a verdade, e que creo que está bastante mal informado, a vía do Barbanza xa está desdobrada xa fai algún tempo, creo que anda un pouco desorientado; e a do Morrazo, a de Morrazo, evidentemente, se vai a facer, pero hai que facer as cousas con sentidiño, sentido común, ¿vostede sabe o que é o sentido común?, ¿sabe onde deixaron este país?, deixárono na quebra, na ruína deixaron este país, e vostedes queren que invistamos sen rumbo, hai que investir sen rumbo, sen rumbo non, hai que facer as cousas con cabeza, para que despois, evidentemente, os que veñan atrás non paguen o pato, para que non paguen o pato os que veñan atrás, especialmente, que ó final o acabamos pagando todos. E xa lle digo, vólvollo a recordar, seguen con esa mensaxe de que o Presidente da Xunta de Galicia odia a Vigo, sigan con esa mensaxe, sigan, que lle vai a ir moi ben, pero a conta diso o Presidente está investindo, neste caso a Xunta de Galicia, o goberno de todos os galegos está investindo máis que nunca na cidade de Vigo, máis que nunca, pero vostedes o que seguen é intentando que non faga nada, “oe, a ver se non fai nada”, intentar expulsalo de alí, que non vai a nada, ¡inténteno!, sigan intentándoo, que el vai a proceder da mesma maneira que ata agora, facendo a maior inversión pública da historia na cidade de Vigo, polo tanto, sexa, minimamente, sensato, sensato. E no tema de Balaídos queren facer o mesmo, queren facer o mesmo, e ademais, é tan incoherente, vostede non se fai unha pregunta, é tan incoherente, oe, ¿a vostede quen lle vai a aprobar a reforma, o diñeiro para a reforma de Balaídos?, ¿quen llo vai a aprobar?, se o teñen, primeiro lugar, e segundo, se o van a poñer, ¿con quen van a aprobar esa reforma?, ¿con quen?, contésteme, ¿con quen van a aprobar esa reforma?, ¡ah!, entón, pero, a ver, pero é que vostede é un incoherente, porque imos a ver, se por un lado di, “no, é que nós temos un presuposto elaborado”, me refiro a Deputación, e vostedes en Vigo tamén, ¿verdade?, vale, moi ben, entón vostedes teñen un presuposto elaborado, e nós tamén, non, pero, e claro, como vostedes o teñen elaborado é nós tamén, e non figura por ningún lado o de Balaídos, nin en Vigo, nin aquí, nin en Vigo, nin aquí, entón, ¿que se entende diso?, que haberá que facer unha modificación de crédito tanto en Vigo, que por certo, vostedes sós non a poden facer, lle recordo por se acaso, vostedes sós, incompetentes para poder facela, e nós si, nós a podemos facer cando queiramos, que quede alto e claro, cando queiramos, ¿pero que fagamos o que?, ou sexa, fagamos o que di o Alcalde de Vigo, di, “non, que poñan os cartos, e despois falamos”, pero, ¿os cartos de que?, o normal, é que unha administración que quere investir nunha infraestrutura propiedade do concello de Vigo o menos é que hai que sentarse con ela, e dicirlle, “oe, mira”, e ademais, nós imos lle dicir, sen ningún tipo de inconvenientes, imos a investir sen ningún tipo de inconvenientes, a mesma cantidade, a mesma, exactamente a mesma que o concello de Vigo, ¿queda claro?, a mesma, sen ningún inconveniente. Agora si, queremos coñecer, queremos coñecer, sentados nunha mesa, que é o que imos a facer, vale, que é o que imos a facer, nada máis que iso, e polo tanto, non a líen, que sei que nos queren expulsar de investir aí, como queren expulsar á Xunta de Galicia, como queren expulsar ó Goberno central, queren utilizar iso para que non se invista en Vigo, e imos a dicir, alto e claro, que non o imos a consentir, que nós imos a seguir investindo na cidade de Vigo a pesar do Partido Socialista, que é neste caso o que está levando, precisamente, a que en Vigo, pois, intenten que non se faga nada por parte doutras administracións gobernadas polo PP, sigan nese camiño, sigan nese camiño que xa verán o rédito que lle vai a dar iso, pero o preocupante, é que enfrontan, precisamente, enfrontan ós socialistas de Vigo a toda, nesta caso, a distintas administracións. Porque, vostede pode comprender, e pode entender que o Alcalde de Vigo non se houbera reunido nunca, nunca, con ningún alcalde da área de Vigo, ¿por que?, porque el é “el todopoderoso”, porque non ten nin a dignidade, porque se dixeramos, ten concellos ó redor, xamais, foi capaz de entenderse con ninguén, con ninguén, ningún concello da área de Vigo, con ninguén, ¡eh!, da Deputación tampouco, do goberno da Xunta de Galicia tampouco, do Goberno central tampouco, pero, ¿con quen se queren entender?, con ninguén, entón, van a intentar aproveitar esa miseria dese rédito, a ver se ese rédito electoral, “¡ai!, aquí, é que nos esquilman, ¡ai!, aquí, é que nos fan isto, nos fan aquilo, nos fan o outro, e tal”, a pesar diso, estamos construíndo o maior hospital de España en Vigo, que vostedes presentaron un montón de maquetas, non sabes, cando había diñeiro, e presentaron maquetas, e ó final non se fixo nada, maquetas por aquí, metidas no medio dos periódicos, ¿e a realidade cal foi?, ningunha, a realidade ningunha, ¡eh!. E a depuradora, tamén, financiada entre as tres administracións como ten que ser, como que ten que ser, e como debe ser, ¿sabe?, e así podería seguir, coa estación que se está construíndo en Vigo, e así podería seguir. Pero vamos, ¿a quen queren enganar?, ¿a quen queren enganar?, ¡por favor, home!, sexan minimamente sensatos, e vivimos xa, esa política do chavismo en Venezuela, xa rematou hai moito tempo, que é a que queren tolerar en Vigo agora, ¡por favor!, ¡vamos!. Bueno, imos a proceder á votación, que este punto non dá moito máis de si, ¿non sei se te algo máis que dicir?. Polo tanto, imos a votar a proposta da nominación da persoa que designa a Deputación para, neste caso, a Fundación Galicia Obra Social. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda, por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre designación de representante na Fundación Galicia Obra Social. Dita Moción é como segue: “Dada conta da comunicación da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, pola que solicita a designación dun membro en representación desta institución, para o Padroado da Fundación Galicia Obra Social, que está baixo a protección da citada Consellería. Resultando que segundo os Estatutos da Fundación Galicia Obra Social, o Padroado estará constituído por dezanove membros e correspondendo a cada Deputación Provincial de Galicia a designación dun membro. Resultando que a primeira reunión do Padroado vaise celebrar o vindeiro 2 de setembro no Centro Social da Fundación en Vigo. Considerando que o art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Por todo iso, a Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: “Desígnase representante da Deputación Provincial de Pontevedra na Fundación Galicia Obra Social a Dona Marta Lucio Gómez”.” b) Parte de información e control: 2.6511.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Dar conta de resolucións presidenciais. Si hai por aí. Sra. Secretaria.- Se da cuenta de las resoluciones presindenciales del período comprendido entre el 29 de julio y el 27 de agosto. Sr. Presidente.- Vale. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 29 de xullo e 27 de agosto do ano 2014 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 3.6512.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. D.Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sr. Presidente. Imos a ver, nós temos unha serie de asuntos, que están, bueno, pendentes, e que esta convocatoria de pleno nos pillou un tanto, criamos que ía haber asuntos cando se convocaron as comisións e o pleno, e nos gustaría facelos en forma de moción, pero como que aí a norma parece bastante estrita, pero é a norma de non tratar mocións que non se presenten con certo tempo, e non pasen polas comisións, pois, queremos aproveitar o pleno para facer unha serie de propostas, algunhas cremos que bastante, que teñen a súa urxencia. A primeira é, aquí, despois de moitas voltas, aprobouse unha ordenanza de seguranza viaria das estradas da provincia nunha situación na que, vamos, esta provincia é das que peor comportamento ten no Estado, en Galicia, dende logo, con distancia, en relación á seguranza viaria, sexa en termos absolutos, en termos relativos por habitantes, ou en termos por quilómetro, por vehículo/quilómetro, ¿non?, ou sexa, polas distancias percorridas. Se un mira as estatísticas oficiais da DXT, da Dirección Xeral de Tráfico, a sensación é distinta, parece que hai unhas cifras bastante aceptables, ¿non?, e a situación, se un mira, vai a facer un seguro, resulta, que as compañías de seguro nos meten un recargo bastante alto, ás veces pode chegar ó dobre dalgunha outra provincia, pola sinestralidade que hai nesta provincia. Bueno, indagando información por todos os lados, que non é fácil de conseguir, resulta, que esta discrepancia nace dun feito que, a estas alturas, é absolutamente sorprendente, pero é real, as policías locais, a maioría, case todas as policías locais da provincia non mandan os datos de accidentes á Dirección Xeral de Tráfico. Así, así, podo poñer como un exemplo, que, creo que aparecen feridos no ano 2012, en zona urbana, senón me acordo mal, aparecen oitocentos e pico na provincia, cando a realidade é que son entre seis e sete mil, porque non os pasan. Claro, os partes de danos, polo tanto, as compañías de seguros teñen os datos, podo, dos datos que se puideron conseguir, por exemplo, na área metropolitana de Vigo, estamos nun índice de sinestralidade como o 250% máis altos que en Madrid, e, como o 400% máis altos que na zona da policía local de Pontevedra. Claro, con eses datos, evidentemente, comprenderase que temos que soportar os feridos, temos que soportar e demais, máis ou menos anda, nesa zona que acabo de dicir, andamos en un ferido por cada cen habitantes ó ano, un disparate, un disparate. En canto ó comportamento, resulta que as estradas do Ministerio de Fomento, quitando, vamos, esta que vai por Mos a A-55, e as estradas da Deputación son as que mellor comportamento teñen. As secundarias, moi secundarias do Ministerio de Fomento, as da Xunta, e un gran parte do viario urbano son os que peores comportamentos teñen. Evidentemente, a Deputación está facendo esforzos neste sentido, pero aquí acordamos que estes esforzos se puideran estender, se puideran estender, ou, polo menos, dar a posibilidade de que se estenderan a, vamos, ós concellos que así o quixeran, ¿non?, sobre todo os de menos capacidade, entón, é obvio que, por exemplo, pasar os partes co sistema informático á DXT, pois, haberá concellos que teñan dificultades para facelo, a Deputación podería axudarlle, outros, simplemente, non o fan porque non queren, non queren, queren ocultar eses datos, ¿non?. Entón, creo que con isto está aclarado porque os seguros son moito máis caros, que ó fin e ó cabo é unha cuestión económica importante, pero que o máis importante é que temos uns índices de accidentes, e de feridos, absolutamente, inasumibles, repito, e que son unhas cifras tremendas que non figuran nas estatísticas oficiais por pura ocultación, co cal por ocultar o feito non vai a desaparecer, os feridos ségueos habendo, ¿non?. Ou sexa, os mortos que, afortunadamente, con outras medidas, pois van baixando, pero non porque se estean impulsando medidas de seguranza viaria. Ben, entón, feito este preámbulo, nós o que propoñemos son tres cousas moi concretas, que creo que teñen bastante interese. O primeiro, que xa se fixo nunha comisión hai tempo, o novo regulamento de tráfico, o novo regulamento de circulación, no borrador que xa está publicado e … agora, nas estradas, digamos, bueno, clasifica as estradas por tramos, que antes non se facía, daba auténticos disparates, faise na ordenanza da Deputación, pero o novo regulamento faino dunha maneira un pouco distinta, nós cremos que asumible tamén, faino dunha maneira un pouco distinta, entón, o lóxico sería adaptar ou mirar se hai disfuncións entre a ordenanza que está aprobada na Deputación e o novo regulamento, porque, obviamente o regulamento manda sobre a ordenanza, entón, non vai haber disfuncións, porque, a ordenanza funcionaba no sentido de que se pos uns límites máis restritivos cos que pon, bueno, o chamado código, vamos, o regulamento, pois, valen, o que pasa é que se o pon máis restritivas o regulamento que a ordenanza, pois, non valen, entón, pode crear certas disfuncións, ¿non?, que se faga esa, que se mire esas disfuncións. E o segundo é, que era algo que xa estaba aprobado hai moito tempo, pero que non se está facendo, polo menos na medida en que sexa efectiva, é que se impulse medidas de coordinación cos concellos para este tipo de, vamos, de plans, ou de medidas de seguranza viaria. Incluso un particular, o que dixemos antes, de que para pasar os datos, para ter unhas estatísticas fiables, pois, axudarlle co sistema informático, pero non só iso, senón, pois, que fagan, vamos, axudar en que fagan planificacións de seguranza viaria dentro do propio concello, da zona urbana, que cubra a policía local. E terceira cuestión, que unha vez máis, aínda que foi dito na comisión de xullo, creo, xullo ou de xuño, é que se fagan campañas específicas. A Deputación si ten capacidade para facer campañas específicas de seguranza viaria, ¿non?, non parece moi razoable que se estea deixando nas mans da DXT todo o de seguranza viaria, hasta fixo un traballo moi bo, as cifras baixaron en todos os lados, pero hai que axudarlle. A xestión do viario, hai moito, a xestión de viario tanto da Xunta, coma da Deputación, coma dos concellos, hai moito viario dese tipo, polo tanto, sería bo, tamén, axudarlle nas campañas e axudar en todo ese tipo de medidas. A semana esta, dentro de dúas semanas celébrase a Semana da mobilidade, supoño que non estaremos a tempo de facer nada en relación a esta semana, ¿non?, pero se se puidera, pois non estaría mal, todo o que se faga, todo o que poida servir para salvar un ferido, para salvar un morto, ou salvar un accidente, creo que non estaría demais. Xa digo, isto, o máis lóxico sería que viñera en forma de moción, moito máis escrita e estruturada, pero como hai a norma de non aceptar as mocións que se presentan a última hora, pois, o presentamos como proposta e agardemos que teña boa acollida. En principio si a ten, pero na práctica non se está impulsando co vigor que habería que impulsalo e que cremos que é necesario, porque a situación na seguranza viaria en certas zonas da provincia, na provincia en xeral como conxunto, en certas zonas da provincia é moi mala, é rematadamente mala. Entón, todo o que se poida facer cremos que é importante facelo, e ir nesa dirección, avanzar, impulsar todo o que se poida impulsar. Bueno, esta é a proposta que facemos, creo que está bastante concreta, e agardamos resposta. Temos outras máis, pero cremos que este é un asunto que ten o máximo interese e nos gustaría saber cal vai ser a resposta do goberno. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Mosquera. Recibimos, en todo caso, ese tema para traelo aquí e debatelo nun pleno, unha vez que o poidamos coñecer máis polo miúdo, que eu creo que moitas desas cousas que se plantearon aquí, pois, estariamos de acordo, pero creo que era bo que recollamos como tal, na propia acta, como un rogo, e que se traerá aquí como proposta a debater e concretar. Polo tanto, no pleno de setembro, de finais de setembro, pois, así o faremos, ¿non?. D. Santos Héctor Rodríguez. Sr. Rodríguez Díaz.- Nós presentamos unha moción, tamén entendemos que non ten cabida ó ser un pleno extraordinario, pero cremos, que polo menos formulala e que quede, polo menos, encima da mesa para tratar no vindeiro pleno. Me refiro a unha moción que é en base ó, e está en consonancia co acordo alcanzado coas organizacións sindicais, Unión Xeral de Traballadores e Comisións Obreiras, na mesa de diálogo social, que, por fin, por fin, abriu o Goberno do Estado, e onde se insta a ampliar a protección por desemprego a través dun subsidio de desemprego. Hoxe, estamos a ver, como hai milleiros de persoas, en concreto, di a enquisa de poboación activa que hai 3.800.000 persoas desempregadas que carecen de calquera tipo de protección, e ademais son persoas que teñen responsabilidades. E, dende logo, tamén entendemos que a propia duración, esta longa duración da crise non estaba previsto, quizais a protección por desemprego pois non tiña a previsión de que puidera ser tantos anos de crise, polo tanto, hai que facer algo máis, dende logo, para que estas persoas teñan esta protección. Ademais vemos de que a propia recuperación non se vai a poder alcanzar uns niveis de emprego similares ó 2006-2005, ata, cando menos, dentro de 10 anos, 2024-2025, ¿non?, polo tanto, non podemos darlle de lado a estas persoas, ¿non?. Vemos, como día a día as prestacións por desemprego cada ano baixan, é dicir, se seguemos con este ritmo en 2014 haberá seis mil millóns menos de gasto en protección polo desemprego, e aquí, pois, o que vimos a propoñer é unha extensión desa protección por desemprego no seu nivel asistencial, ¿non?, porque, se están dando novas situacións como consecuencia de esta profunda e prolongada crise, ¿non?. En concreto, que é o que se propón, pois que o subsidio se concedería por un período de 6 meses, prorrogables, de forma sucesiva mentres a persoa desempregada continúe en situación legal de desemprego, e que este mecanismo de protección manteríase ata que se alcance o 15% de desemprego. A contía sería o 80% do IPREM, que na actualidade veñen sendo 426€, e diríamos que, tamén, aquí habería que dedicarlle unha atención especial a todas aquelas persoas, como son as mulleres vítimas de violencia de xénero, as persoas con minusvalidez e ás persoas maiores de 45 anos que unha vez que esgotaron a renda activa de inserción non teñen acceso a ningunha prestación. Isto é, basicamente, o que propoñemos, e isto implicaría modificar o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social e, dende logo, nós aplaudimos, tamén, de que sexa, se é posible, a través da Mesa de Diálogo Social. Polo tanto, o Partido Socialista o que, apoiamos isto, e amais o propoñemos para que dende esta Deputación se faga chegar ó Goberno Central esta iniciativa e, dende logo, pois, que o propio Goberno Central o implemente, tamén, contando coas propias comunidades autónomas, moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias. E bueno, dicir que imos a trasladar iso á comisión informativa, e nos parece, tamén, dalgunha maneira razoable a exposición, outra cousa é que entraremos no fondo desa cuestión, pero trasladámola para a comisión informativa para traela aquí o próximo pleno, e ver nese sentido que podemos facer dende aquí. Polo tanto, non habendo máis asuntos se levanta a sesión. Moi bos días, e moitas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, A Secretaria Accidental, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Mª Jesús Torres Peón

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición