Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2015-09-04_Ordinaria. Acta de sesión 2015/09/04_Ordinaria
Acta de sesión 2015/09/04_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.835/2.2015-09-04_Ordinaria
Título Acta de sesión 2015/09/04_Ordinaria
Data(s) 2015 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 34 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas do día catro de setembro do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste o deputado provincial D. Uxío Benítez Fernández. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23725.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 28 de agosto de 2015. 2.23726.- APERTURA DUN NOVO PRAZO PARA PARTICIPAR NO “PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do día 19 de decembro de 2014 aprobou as bases reguladoras do programa “Coidarte 2015”, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 48 de data 11 de marzo de 2015. A finalidade deste programa é fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando o illamento e as situacións de soidade. Ó programa poden adherirse os concellos da provincia de Pontevedra co número de prazas que estimen oportunas, pasando a ser entidades colaboradoras na xestión do programa e sendo o lugar onde os solicitantes do seu concello poden presentar as súas solicitudes. Os beneficiarios do programa son persoas nacidas antes do ano 1965, xubilados ou pensionistas así como persoas con necesidades de respiro familiar. O programa “Coidarte” está cofinanciado pola Deputación de Pontevedra con 40,00 € por participante, e polos usuarios, variando a contía segundo o balneario elixido e se o seu concello está adherido ou non ó programa, e conta cun gasto autorizado por importe de 105.000,00 €, con cargo a aplicación orzamentaria 15/232.2311.227.07, suficientes para atender ata 2.625 prazas. A Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 22 de maio de 2015 aprobou a adxudicación de 1.795 prazas do programa “Coidarte 2015”, establecendo as correspondentes listaxes de participación. Este mesmo órgano nas sesións dos días 5 e 19 de xuño de 2015 aprobou sendas listaxes complementarias na que figuran como admitidas nove novas solicitudes para participar no programa “Coidarte 2015”, sendo por tanto 1.804 o total de solicitudes aprobadas ata o momento. Na base cuarta das bases reguladoras do programa diúrno de balnearios “Coidarte 2015”, aprobadas pola Xunta de Goberno, na sesión ordinaria do día 19 de decembro de 2014 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 48 de data 11 de marzo de 2015, figura que “… No suposto de que as prazas ofertadas non queden cubertas esta institución reservarase o dereito a abrir un novo prazo de inscrición para os participantes, dando conta ós concellos adheridos do número de prazas sobrantes da primeira campaña para a recepción de novas solicitudes”. O Xefe de sección de Príncipe Felipe, con data 13 de agosto de 2015, emite informe no que deixa constancia de que se están recibindo novas solicitudes para participar no programa “Coidarte 2015”, polo que considera adecuado que ó existir crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 15/232.2311.227.07, por importe de 32.840,00 €, se autorice a apertura dun novo prazo de inscrición para que os interesados poidan solicitar participar neste programa, estimando que nesta nova convocatoria se ofertaran ata 821 prazas. Con data 21 de agosto de 2015, a xefa do Servizo de Fiscalización emite informe favorable á ampliación do prazo para promover unha nova convocatoria para a inscrición no programa diúrno de balnearios “Coidarte 2015”, sempre que esta nova convocatoria se axuste ó disposto nas bases aprobadas no seu día pola Xunta de Goberno na sesión do día 19 de decembro de 2014, e que se lle dea a mesma publicidade que á primeira convocatoria. Considerando que artigo 59 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, xeral de subvencións, establece que unha convocatoria aberta é un acto administrativo polo que se acorda a realización de varios procedementos de selección nun exercicio orzamentario para unha mesma liña de subvención. Neste caso a posibilidade de ampliar o prazo para promover unha nova convocatoria para a inscrición no programa “Coidarte 2015” está prevista nas bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 48 de data 11 de marzo de 2015, e non supón o menoscabo dos dereitos dos solicitantes da primeira convocatoria, xa que ten por obxecto poder facer fronte a novas solicitudes e está guiada polo interese público. Considerando que o órgano competente para a aprobación da segunda convocatoria para a inscrición no programa diúrno de balnearios “Coidarte 2015” é a Xunta de Goberno, por ser o órgano que as aprobou no seu día. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Promover unha nova convocatoria para a inscrición no programa diúrno de balnearios “Coidarte 2015”, co obxecto de poder atender a 821 novas solicitudes de participación no programa, de conformidade coas bases reguladoras aprobadas pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 19 de decembro de 2014 e que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 48 de data 11 de marzo de 2015. 2. Establecer un prazo para presentación das novas solicitudes de participación no programa diúrno de balnearios “Coidarte 2015”, de vinte días naturais a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio de ampliación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), tendo en conta que os lugares de presentación de solicitudes serán os que figuran na base cuarta das citadas bases reguladoras do programa. 3.23727.- IMPOSICIÓN DE PENALIDADES POR INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL Á EMPRESA UTE FORMAGAL FORMACIÓN Y SERVICIOS SL – IDADES SL , NA EXECUCIÓN DO CONTRATO PARA A IMPARTICIÓN DO CURSO DE FORMACIÓN “SSCS0108 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO (PONTEVEDRA)”, INCLUÍDO NO PROXECTO AQUELANDO3, COFINANCIADO NUN 80% POLO FSE, (2ª QUENDA), Lote 2 Resultando.- Con data 9 de agosto de 2013 a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adoptou o acordo de aprobación do expediente para a contratación mediante procedemento aberto da “Impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto aQuelando 3 (2ª quenda)”, cofinanciados nun 80% polo FSE, que a continuación se detallan: Lote Curso Lugar de Impartición Lote 1 “SSCM0108 LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO EN EDIFICIOS E LOCAIS” Pontevedra “SSCI0109 EMPREGO DOMÉSTICO” Valga Lote 2 “SSCS0108 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO” Pontevedra, Cuntis e Mos Lote 3 “SSCS0208 ATENCIÓN SANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS” Pontevedra, Cambados e O Porriño Lote 4 “SSCB0211 DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL” Pontevedra Lote 5 “ADGN0108 FINANCIAMENTO DE EMPRESAS” Vilagarcía de Arousa “ADGG0108 ASISTENCIA Á DIRECCIÓN” Pontevedra Lote 6 “SSCE0110 DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO” Pontevedra Resultando.- Con data 30 de outubro de 2013, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria adoptou o acordo de adxudicación, mediante procedemento aberto, da impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto aQuelando3, (Segunda quenda), cofinanciado nun 80% polo FSE, resultando adxudicataria do Lote nº 2 correspondente, entre outros, ó curso de “SSCS0108 Atención Sociosanitaria a Persoas no domicilio”, a impartir en Pontevedra, á empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL –Idades SL (CIF U-94.091.402) por un prezo ofertado de 31.000,00 €, exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE e un compromiso de contratación de seis persoas, cunha duración de 24 semanas de contrato para cada unha delas. Resultando.- Que na cláusula 7 do anexo I do prego de cláusulas ecónomico-administrativas, establécese o seguinte: “No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. Ademais do anteriormente exposto, aplicaranse penalizacións polo importe máximo do 10% do orzamento do contrato nas seguintes situacións: h) Incumprimento da inserción laboral establecida nos pregos de prescricións técnicas.” Resultando .- Que emitido con data 13 de maio de 2015 informe polo Xefe de Sección do Centro Príncipe, este pon de manifesto o seguinte: “Con data 12 de agosto de 2014 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como reza nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 12 de outubro de 2014 e a citada empresa achega a documentación oportuna a data 12 de outubro de 2014, cumprindo cos prazos establecidos por contrato. Con data 8 de maio de 2015 a empresa remite un novo Informe Final da Inserción Profesional do citado curso. Tal e como se establece no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (2ª quenda), “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3., “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 6 persoas” A UTE Formagal, Formación y Servicios SL-Idades SL(CIF U-94.091.402), ofertou no sobre C de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 24 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a seis demandantes de emprego cunha duración de 24 semanas cada demandante), considérase o seguinte: 1º. Detéctase que a empresa consigue a inserción de cinco persoas demandantes de emprego por un período de 24 semanas por cada contrato. Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 16,66 % do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables supón 100 puntos. A empresa obtén 79,50 puntos dos que 6 están relacionados coa inserción, polo tanto supoñen un 7,54 % do valor do contrato. O 100 % das inserción supón 6 persoas insertadas, pero como solo insertou a 5 persoas incorre nun incumprimento do 16,66 % de inserción. - Se 7,54 % supón que tiña que insertar a 6 persoas como solo insertou a 5 incorre nun incumprimento do contrato do 1,26 %.” Resultando.- Que en base ó citado informe do Xefe de sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse á empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL-Idades SL (CIF U-94.091.402) un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por conveniente. Resultando.- Que finalizado o prazo de 10 días hábiles para efectuar alegacións, a empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL-Idades SL non efectuou ningunha alegación. Resultando.- Que o contrato para a impartición do curso “SSCS0108 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes no domicilio”, a impartir en Pontevedra, foi adxudicado á empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL –Idades SL (CIF U-94.091.402) por un prezo ofertado de 31.000,00 €, exento de IVE, e de conformidade co informe do Xefe de sección do Centro Príncipe Felipe valorouse o grado de incumprimento do contrato nun 1,26 %, polo que a valoración da contía da penalidade a aplicar sería a seguinte: Prezo do contrato 31.000,00 € x 1,26% = 390,60 € Resultando .- Que a contía da penalidade calculada non supera o 10% máximo penalizable. Resultando- Que segundo informa o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe “Dito importe podería ser deducido, do importe deste contrato que queda por facturar que é do 25% do valor do mesmo (31.000,00 €) que supón a cantidade de 7.750,00 €. Considerando.- Que o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), establece que “os pregos ou o documento contractual poderán prever penalidades para o caso de cumprimento defectuoso da prestación obxecto do mesmo…”. “Estas penalidades deberán ser proporcionais á gravidade do incumprimento e a súa contía non poderá ser superior ó 10% do presuposto do contrato”. Considerando.- Que o apartado 8 do artigo 212 do TRLCSP establece que “ As penalidades se imporán por acordo do órgano de contratación, aprobado a proposta do responsable do contrato se se tivese designado, que será inmediatamente executivo e se farán efectivas mediante dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban pagarse o contratista ou sobre a garantía que, no seu caso, se tivese constituído, cando non poidan deducirse das mencionadas certificacións.” Considerando:- Que o artigo 221.1 do TRLCSP establece que “O contrato se entenderá cumprido polo contratista cando estea realizara, de acordo cos termos do mesmo e a satisfacción da Administración a totalidade da prestación”. Visto o informe emitido polo Xefe do Servizo de contratación, de data 21 de agosto de 2015, no que se considera que se cumpren os requisitos establecidos legalmente para elevar ó órgano de contratación, neste caso a Xunta de Goberno, a imposición das citadas penalidades. Visto o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención con data 24 de agosto de 2015. Considerando.- Que a Disposición adicional segunda do referenciado R.d.l 3/2011 no seu apartado 1 faculta ó Ilmo Sr Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete a Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Impoñer á empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL-Idades SL (CIF:U94091402) unha penalidade por incumprimento do contrato para a impartición do curso de formación “SSCS0108 Atención Sociosanitaria a Persoas no domicilio”, a impartir en Pontevedra, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (2ª quenda), lote 2, por importe de 390,60 €. 2.- Deducir dito importe do importe do contrato que queda pendente de facturar que é do 25% do prezo de adxudicación do contrato e que supón a cantidade de 7.750,00€. 4.23728.- IMPOSICIÓN DE PENALIDADES POR INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL Á EMPRESA FUNDACIÓN DE ESTUDIOS E ANÁLISES, NA EXECUCIÓN DO CONTRATO PARA A IMPARTICIÓN DO CURSO DE FORMACIÓN “SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (O PORRIÑO, PONTEVEDRA , CAMBADOS)”, INCLUÍDO NO PROXECTO AQUELANDO3, COFINANCIADO NUN 80% POLO FSE, (2ª QUENDA), Lote 3 Resultando.- Con data 9 de agosto de 2013 a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adoptou o acordo de aprobación do expediente para a contratación mediante procedemento aberto da “Impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto aQuelando 3 (2ª quenda)”, cofinanciados nun 80% polo FSE, que a continuación se detallan: Lote Curso Lugar de Impartición Lote 1 “SSCM0108 LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO EN EDIFICIOS E LOCAIS” Pontevedra “SSCI0109 EMPREGO DOMÉSTICO” Valga Lote 2 “SSCS0108 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO” Pontevedra, Cuntis e Mos Lote 3 “SSCS0208 ATENCIÓN SANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS” Pontevedra, Cambados e O Porriño Lote 4 “SSCB0211 DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL” Pontevedra Lote 5 “ADGN0108 FINANCIAMENTO DE EMPRESAS” Vilagarcía de Arousa “ADGG0108 ASISTENCIA Á DIRECCIÓN” Pontevedra Lote 6 “SSCE0110 DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO” Pontevedra Resultando:- Con data 30 de outubro de 2013, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria adoptou o acordo de adxudicación, mediante procedemento aberto, da impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto aQuelando3, (Segunda quenda), cofinanciado nun 80% polo FSE, resultando adxudicataria do Lote nº 3 correspondente ó curso de “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais”, á empresa Fundación de Estudios e Análises, de acordo co seguinte detalle: Lote Nº3.- Curso: SSCS0208 Atención sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (3 edicións: Pontevedra, Cambados e Porriño). Empresa adxudicataria: Fundación de Estudos e Análises SL(FESAN) (CIF:G-15.597.669), polo prezo ofertado total de 60.808,56 €, exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. A duración da contratación laboral do número mínimo de alumnado establecido nos pregos de prescricións técnicas que deberá levar a cabo a empresa será de 48 semanas. Resultando.- Que na cláusula 7 do anexo I do prego de cláusulas ecónomico-administrativas, establecese o seguinte: “No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. Ademais do anteriormente exposto, aplicaranse penalizacións polo importe máximo do 10% do orzamento do contrato nas seguintes situacións: h) Incumprimento da inserción laboral establecida nos pregos de prescricións técnicas.” Resultando.- Que emitido con data 7 de maio de 2015 informe polo Xefe de Sección do Centro Príncipe sobre o incumprimento contractual na impartición do curso “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais” en O Porriño incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (2ª quenda), este pon de manifesto o seguinte: “Con data 22 de maio de 2014 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como reza nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó día 22 de xullo de 2014 e a citada empresa achega a documentación oportuna a data 22 de xullo de 2014, cumprindo cos prazos establecidos por contrato. Con data 4 de maio de 2015 a empresa remite un novo Informe Final da Inserción Profesional do citado curso. Tal e como se establece no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (2ª quenda): “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3, “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 6 persoas”. A empresa Fundación de Estudios e Análises, ofertou no sobre C de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 48 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3 ….” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a seis demandantes de emprego cunha duración de 48 semanas cada demandante), considérase o seguinte: 1º. Detéctase que a empresa consigue a inserción de seis persoas demandantes pero ningunha delas, iguala ou supera o tempo comprometido por contrato de 48 semanas. Estes datos supoñen un grao de incumprimento do 100% do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grao de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 50 puntos. Este valor divídese en 35 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa Fundación de Estudios e Análises, acada una valoración do porcentaxe de inserción ofertado de 12 puntos, o que supón un 80% da valoración total do criterio de inserción. (15). - Se a empresa incorre nun 100% de grao de incumprimento de inserción e trasladamos este porcentaxe ó peso global do contrato (12%), resulta un grao de incumprimento global do contrato do 12%.” Resultando.- Que en base ó citado informe do Xefe de sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse á empresa Fundación de Estudios e Análises (FESAN) un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por conveniente. Resultando.- Que finalizado o prazo de 10 días hábiles para efectuar alegacións, a empresa Fundación de Estudios e Análises (FESAN) non efectuou ningunha alegación. Resultando.- Que o contrato para a impartición do curso “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais”, a impartir en O Porriño, foi adxudicado á empresa Fundación de Estudios e Análises, por un prezo ofertado de 20.269,52 €, exento de IVE, e de conformidade co informe do Xefe de sección do Centro Príncipe Felipe valorouse o grao de incumprimento do contrato nun 12 %, polo que a valoración da contía da penalidade a aplicar sería a seguinte: Prezo do curso 20.269,52€ x 12% = 2.432,34 € Resultando .- Que a contía da penalidade calculada supera o 10% máximo penalizable, a cantidade a penalizar sería a que resultara de aplicar ese 10% do prezo do contrato, polo que a contía sería a seguinte: 20.269,52€ x 10%= 2.026,95 € Resultando .- Que emitido con data 7 de maio de 2015 informe polo Xefe de sección do Centro Príncipe sobre o incumprimento contractual da empresa Fundación de Estudios e Análises (FESAN) (CIF G-15.597.669) na impartición do curso “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais” en Pontevedra incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (2ª quenda), este pon de manifesto o seguinte: “Con data 22 de maio de 2014 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como reza nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 22 de xullo de 2014 e a citada empresa achega a documentación oportuna a data 22 de xullo de 2014, cumprindo cos prazos establecidos por contrato. Con data 4 de maio de 2015 a empresa remite un novo Informe Final da Inserción Profesional do citado curso. Tal e como se establece no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (2ª quenda): “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3., “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 6 persoas” A empresa Fundación de Estudios e Análises, ofertou no sobre C de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 48 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3 ….” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a seis demandantes de emprego cunha duración de 48 semanas cada demandante), considérase o seguinte: 1º. Detéctase que a empresa consigue a inserción de seis persoas demandantes pero ningunha delas, iguala ou supera o tempo comprometido por contrato de 48 semanas. Estes datos supoñen un grao de incumprimento do 100% do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grao de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 50 puntos. Este valor divídese en 35 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa Fundación de Estudios e Análises, acada una valoración do porcentaxe de inserción ofertado de 12 puntos, o que supón un 80% da valoración total do criterio de inserción. (15) - Se a empresa incorre nun 100% de grao de incumprimento de inserción e trasladamos este porcentaxe ó peso global do contrato (12%), resulta un grao de incumprimento global do contrato do 12%.” Resultando.- Que en base ó citado informe do Xefe de sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse á empresa Fundación de Estudios e Análises (FESAN) un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por conveniente. Resultando.- Que finalizado o prazo de 10 días hábiles para efectuar alegacións, a empresa Fundación de Estudios e Análises (FESAN) (CIF G-15.597.669) non efectuou ningunha alegación. Resultando.- Que o contrato para a impartición do curso “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais”, a impartir en Pontevedra, foi adxudicado á empresa Fundación de Estudios e Análises, por un prezo ofertado de 20.269,52 €, exento de IVE, e de conformidade co informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe valorouse o grao de incumprimento do contrato nun 12 %, polo que a valoración da contía da penalidade a aplicar sería a seguinte: Prezo do contrato 20.269,52€ x 12% = 2.432,34 € Resultando.- Que a contía da penalidade calculada supera o 10% máximo penalizable, a cantidade a penalizar sería a que resultara de aplicar ese 10% do prezo do contrato, polo que a contía sería a seguinte: 20.269,52€ x 10%= 2.026,95 € Resultando- Que segundo informa o Xefe de sección do Centro Príncipe Felipe “Dito importe podería ser deducido, do importe do contrato que queda por facturar que é do 25% do valor do mesmo (20.269,52 €) que supón a cantidade de 5.067,38 €. Resultando.- Que emitido con data 7 de maio de 2015 informe polo Xefe de sección do Centro Príncipe sobre o incumprimento contractual da empresa Fundación de Estudios e Análises (FESAN) (CIF G-15.597.669) na impartición do curso “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais” en Cambados incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (2ª quenda), este pon de manifesto o seguinte: “Con data 22 de maio de 2014 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como reza nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó día 22 de xullo de 2014 e a citada empresa achega a documentación oportuna a data 22 de xullo de 2014, cumprindo cos prazos establecidos por contrato. Con data 4 de maio de 2015 a empresa remite un novo Informe Final da Inserción Profesional do citado curso. Tal e como se establece no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (2ª quenda): “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3, “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 6 persoas” A empresa Fundación de Estudios e Análises, ofertou no sobre C de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 48 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3 ...” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a seis demandantes de emprego cunha duración de 48 semanas cada demandante), considérase o seguinte: 1º. Detéctase que a empresa consigue a inserción de seis persoas demandantes pero ningunha delas, iguala ou supera o tempo comprometido por contrato de 48 semanas. Estes datos supoñen un grao de incumprimento do 100% do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grao de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 50 puntos. Este valor divídese en 35 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa Fundación de Estudios e Análises, acada una valoración do porcentaxe de inserción ofertado de 12 puntos, o que supón un 80% da valoración total do criterio de inserción. (15). - Se a empresa incorre nun 100% de grao de incumprimento de inserción e trasladamos este porcentaxe ó peso global do contrato (12%), resulta un grao de incumprimento global do contrato do 12%.” Resultando.- Que en base ó citado informe do Xefe de sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse á empresa Fundación de Estudios e Análises (FESAN) un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por conveniente. Resultando.- Que finalizado o prazo de 10 días hábiles para efectuar alegacións, a empresa Fundación de Estudios e Análises (FESAN) non efectuou ningunha alegación. Resultando.- Que o contrato para a impartición do curso “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais”, a impartir en Pontevedra, foi adxudicado á empresa Fundación de Estudios e Análises, por un prezo ofertado de 20.269,52 €, exento de IVE, e de conformidade co informe do Xefe de sección do Centro Príncipe Felipe valorouse o grao de incumprimento do contrato nun 12 %, polo que a valoración da contía da penalidade a aplicar sería a seguinte: Prezo do curso 20.269,52€ x 12% = 2.432,34€ Resultando.- Que a contía da penalidade calculada supera o 10% máximo penalizable, a cantidade a penalizar sería a que resultara de aplicar ese 10% do prezo do contrato, polo que a contía sería a seguinte: 20.269,52€ x 10%= 2.026,95€ Resultando.- Que segundo informa o Xefe de sección do Centro Príncipe Felipe: “Dito importe podería ser deducido, do importe do contrato que queda por facturar que é do 25% do valor do mesmo (20.269,52€) que supón a cantidade de 5.067,38 €.” Considerando.- Que o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), establece que “Os pregos ou o documento contractual poderán prever penalidades para o caso de cumprimento defectuoso da prestación obxecto do mesmo …”. “Estas penalidades deberán ser proporcionais á gravidade do incumprimento e a súa contía non poderá ser superior ó 10% do presuposto do contrato”. Considerando.- Que o apartado 8 do artigo 212 do TRLCSP establece que “ As penalidades se imporán por acordo do órgano de contratación, aprobado a proposta do responsable do contrato se se tivese designado, que será inmediatamente executivo e se farán efectivas mediante dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban pagarse o contratista ou sobre a garantía que, no seu caso, se tivese constituído, cando non poidan deducirse das mencionadas certificacións.” Considerando:- Que o artigo 221.1 do TRLCSP establece que “O contrato se entenderá cumprido polo contratista cando estea realizara, de acordo cos termos do mesmo e a satisfacción da Administración a totalidade da prestación”. Visto o informe emitido polo Xefe do Servizo de contratación, de data 21 de agosto de 2015, no que se considera que se cumpren os requisitos establecidos legalmente para elevar o órgano de contratación, neste caso a Xunta de Goberno, a imposición das citadas penalidades. Visto o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención con data 24 de agosto de 2015. Considerando.- Que a Disposición adicional segunda do referenciado R.d.l 3/2011 no seu apartado 1 faculta ó Ilmo Sr Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete a Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Impoñer á empresa Fundación de Estudios e Análises (CIF:G-15597669), unha penalidade por incumprimento do contrato para a impartición do curso de formación “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais”, que comprende tres edicións en O Porriño, Pontevedra e Cambados, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (2ª quenda), lote 3 de acordo coa seguinte distribución: Denominación do Curso Importe da penalidade a aplicar “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais”(O Porriño) 2.026,95 € “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais”(Pontevedra) 2.026,95 € “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais”(Cambados) 2.026,95 € Total 5.080,85 € 2.- Deducir ditos importes da contía do contrato que queda pendente de facturar que é do 25% do prezo de adxudicación, o que supón unha contía total de 15.202,14 € correspondendo un importe de 5.067,38 € para cada unha das edicións. 5.23729.- IMPOSICIÓN DE PENALIDADES POR INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL Á EMPRESA FORMACIÓN INTEGRAL ACTEX SL, NA EXECUCIÓN DO CONTRATO PARA A IMPARTICIÓN DO CURSO DE FORMACIÓN “SSCB0211 DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE, EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL”, INCLUÍDO NO PROXECTO AQUELANDO3, COFINANCIADO NUN 80% POLO FSE, (2ª QUENDA), Lote 4 Resultando.-Con data 9 de agosto de 2013 a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adoptou o acordo de aprobación do expediente para a contratación mediante procedemento aberto da “Impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto aQuelando 3 (2ª quenda)”, cofinanciados nun 80% polo FSE, que a continuación se detallan: Lote Curso Lugar de Impartición Lote 1 “SSCM0108 LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO EN EDIFICIOS E LOCAIS” Pontevedra “SSCI0109 EMPREGO DOMÉSTICO” Valga Lote 2 “SSCS0108 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO” Pontevedra, Cuntis e Mos Lote 3 “SSCS0208 ATENCIÓN SANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS” Pontevedra, Cambados e O Porriño Lote 4 “SSCB0211 DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL” Pontevedra Lote 5 “ADGN0108 FINANCIAMENTO DE EMPRESAS” Vilagarcía de Arousa “ADGG0108 ASISTENCIA Á DIRECCIÓN” Pontevedra Lote 6 “SSCE0110 DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO” Pontevedra Resultando.- Con data 30 de outubro de 2013, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria adoptou o acordo de adxudicación, mediante procedemento aberto, da impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto aQuelando3, (Segunda quenda), cofinanciado nun 80% polo FSE, resultando adxudicataria do Lote nº 4 correspondente, entre outros, ó curso de “SSCB0211 Dirección e coordinación de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil” a empresa Actexga SL por un prezo ofertado de 26.730,00 €, exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE e un compromiso de contratación de tres persoas, cunha duración de 60 semanas de contrato para cada unha delas. Con data 16 de maio de 2014 a Xunta de Goberno acorda autorizar a cesión dos dereitos e obrigacións da empresa Actexga SL, como adxudicataria do contrato para a impartición do lote nº4 dos cursos de formación incluídos no proxecto aQuelando3, 2ª quenda, que inclúe a impartición do Curso SSCB0211 Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (Pontevedra) a favor da empresa Formación Integral Actex S.L. (CIF B-27.795.319). Resultando.- Que na cláusula 7 do anexo I do prego de cláusulas ecónomico-administrativas, establecese o seguinte: “No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. Ademais do anteriormente exposto, aplicaranse penalizacións polo importe máximo do 10% do orzamento do contrato nas seguintes situacións: h) Incumprimento da inserción laboral establecida nos pregos de prescricións técnicas.” Resultando.- Que emitido con data 5 de maio de 2015 informe polo Xefe de sección do Centro Príncipe este pon de manifesto o seguinte: “Con data 26 de xuño de 2014 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como reza nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 26 de agosto de 2014 e a citada empresa achega a documentación oportuna a data 21 de agosto de 2014, cumprindo cos prazos establecidos por contrato. Con data 28 de abril de 2015 a empresa remite un novo Informe Final da Inserción Profesional do citado curso. Tal e como se establece no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (2ª quenda): “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3, “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 3 persoas” A empresas Actexga SL , ofertou no sobre C de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 60 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3 ….”. Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a tres demandantes de emprego cunha duración de 60 semanas cada demandante), considérase o seguinte: 1º. Detéctase que a empresa consigue a inserción de máis de tres persoas demandantes de emprego pero ningunha delas iguala ou supera o tempo comprometido por contrato de 60 semanas. Estes datos supoñen un grao de incumprimento do 100 % do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grao de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 50 puntos. Este valor divídese en 35 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa Formación Integral Actex SL acada unha valoración da porcentaxe de inserción ofertada de 15 puntos, o que supón un 15 % do peso do contrato. Se a empresa incorre nun 100% de grao de incumprimento do compromiso de inserción e trasladamos esta porcentaxe o peso global do contrato (15%) resulta una grao de incumprimento global do contrato do 15%. Resultando.- Que en base o citado informe do Xefe de sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse a empresa Formación Integral Actex SL un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por conveniente. Resultando.- Que finalizado o prazo de 10 días hábiles para efectuar alegacións, a empresa Formación Integral Actex SL (CIF: B-27.795.319) non efectuou ningunha alegación. Resultando.- Que o contrato para a impartición do curso “SSCB0211 Dirección e coordinación de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil”, foi adxudicado á empresa Actexga SL por un prezo ofertado de 26.730,00 €, exento de IVE, e de conformidade co informe do Xefe de sección do Centro Príncipe Felipe valorouse o grao de incumprimento do contrato nun 15 %, polo que a valoración da contía da penalidade a aplicar sería a seguinte: Prezo do contrato 26.730,00 € x 15 % = 4.009,50 € Resultando.- Que a contía da penalidade calculada supera o 10% máximo penalizable, a cantidade a penalizar sería a que resultara de aplicar ese 10 % do prezo do contrato, polo que a contía sería a seguinte: 26.730,00 € x 10% = 2.673,00 € Resultando.- Que segundo informa o Xefe de sección do Centro Príncipe Felipe “Dito importe podería ser deducido, do importe deste contrato que queda por facturar que é do 25% do valor do mesmo (26.730,00 €) que supón a cantidade de 6.682,50 €.” Considerando.- Que o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), establece que “Os pregos ou o documento contractual poderán prever penalidades para o caso de cumprimento defectuoso da prestación obxecto do mesmo …”. “Estas penalidades deberán ser proporcionais á gravidade do incumprimento e a súa contía non poderá ser superior ó 10% do presuposto do contrato”. Considerando.- Que o apartado 8 do artigo 212 do TRLCSP establece que “As penalidades se imporán por acordo do órgano de contratación, aprobado a proposta do responsable do contrato se se tivese designado, que será inmediatamente executivo e se farán efectivas mediante dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban pagarse o contratista ou sobre a garantía que, no seu caso, se tivese constituído, cando non poidan deducirse das mencionadas certificacións.” Visto o informe emitido polo Xefe do Servizo de contratación, de data 21 de agosto de 2015, no que se considera que se cumpren os requisitos establecidos legalmente para elevar o órgano de contratación, neste caso a Xunta de Goberno, a imposición das citadas penalidades. Visto o informe de fiscalización emitido polo Servizo de intervención de data 24 de agosto de 2015. Considerando.- Que a Disposición adicional segunda do referenciado R.d.l 3/2011 no seu apartado 1 faculta ó Ilmo Sr Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete a Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Impoñer á empresa Formación Integral Actex SL (CIF: B-27.795.319) unha penalidade por incumprimento do contrato para a impartición do curso de formación “SSCB0211 Dirección e coordinación de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil” incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (2ª quenda), lote 4, por importe de 2.673,00 €. 2.- Deducir dito importe do importe do contrato que queda pendente de facturar que é do 25% do prezo de adxudicación do contrato e que supón a cantidade de 6.682,50 €. 6.23730.- CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE PONTEAREAS POLO IMPORTE DO INVESTIMENTO DE “OBRAS HUMANIZACIÓN EN PASEO MATUTINO”, PARA FINANCIAR AS ACTUACIÓNS “ACONDICIONAMENTO OFICINAS DO CONCELLO”, “OBRAS DE MELLORA NO MERCADO MUNICIPAL” E “CONSTRUCIÓN DE MURO DE SOSTEMENTO DE ESTRADA MUNICIPAL QUE COMUNICA Ó BARRIO DE CILLARGA, RIBADETEA”, NO MARCO DO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM14) Primeiro.- Mediante acordo do Pleno adoptado na súa sesión extraordinaria do 28 de febreiro de 2014, aprobáronse as Bases reguladoras do Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM14), sendo o seu obxecto regular a concesión de subvencións para financiar a realización dos investimentos necesarios para a efectiva prestación dos servizos propios e obrigatorios contemplados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e os gastos correntes nos que incorren as entidades locais na súa actividade como xestores públicos. As ditas Bases foron publicadas no BOPPO núm. 44 do 5 de marzo de 2014. Segundo.- A Xunta de Goberno da Deputación na sesión ordinaria celebrada o día 19 de decembro de 2014 acordo número 4.22913, concedeu ó Concello de Ponteareas, con cargo á cantidade que lle corresponde no PUSIM/14, unha subvención por importe total de 119.008,56 € con destino ó financiamento do investimento “Obras de humanización no Paseo Matutino”, dos cales 76.996,60 € foron outorgados por concesión directa e 122.011,96 € polo procedemento ordinario de concorrencia. Terceiro.- O Concello de Ponteareas solicita, mediante escritos con entradas no Rexistro xeral da Deputación números 2015087491, 2015087493, 2015027494 do 12/08/2015 e 2015089073 do 18/08/2015, o cambio de aplicación da subvención concedida para destinala a financiar catro novos investimentos, co detalle que se recolle a continuación: Acondicionamento oficinas do concello 116.431,68 € Obras de mellora no mercado municipal 47.552,95 € Construción de muro de sostemento de estrada municipal que comunica ó barrio de Cillarga, Ribadetea 20.112,32 € Pagamento a acredores de investimentos 14.911,61 € Cuarto.- O concello de Ponteareas motiva a solicitude de cambio por non poder levar a cabo as obras de “Humanización no paseo matutino” por non obter os terreos necesarios para as obras, achega informes da arquitecta municipal. Quinto.- O concello de Ponteareas mediante escrito con nº rexistro 2015092137 de 27/08/2015 comunícanos que a cantidade de 14.911,61 € para pagamento a acredores de investimentos sexa destinada a sufragar parte dun proxecto que actualmente está en fase de concreción e que remitirán nos vindeiros días. Sexto.- O financiamento das novas actuacións sería: Investimento Orzamento Importe subvención concorrencia Importe subvención Libre disposición Importe cofinanciado Acondicionamento oficinas do concello 116.431,68 39.435,08 76.996,60 0,00 Obras de mellora no mercado municipal 158.509,82 47.552,95 0,00 110.856,87 Construción de muro de sostemento de estrada municipal que comunica ó barrio de Cillarga, Ribadetea 20.112,32 20.112,32 0.00 0.00 Total 107.100,35 76.996,60 FUNDAMENTOS XURÍDICOS: 1º.- O artigo 64 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, establece que se poderá solicitar a modificación do contido da resolución de concesión se concorren as circunstancias previstas a tales efectos nas bases reguladoras, de conformidade co disposto no artigo 17.3 l) da Lei e na base 25ª.2ª.2 q) das Bases de Execución do Orzamento Provincial, sempre que non prexudiquen dereitos de terceiros. A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. 2º.- A base Décimo Primeira das que rexen o PUSIM/14, establece que unha vez recaída a resolución de concesión, antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade e sempre e cando non se prexudiquen intereses de terceiros, poderase solicitar o cambio ou a modificación do seu contido se concorren circunstancias excepcionais, xustificando por escrito as causas que a fundamentan e axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria. CONCLUSIÓNS: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto que as novas actuacións non supoñen variación da subvención total concedida nin prexudican dereitos de terceiros, que a modificación da concesión da subvención cumpre os requisitos impostos na base Décimo Primeira das que rexen o PUSIM/14. segundo se desprende dos informes da xefa do servizo de Cooperación de data 28/08/2015, do Servizo de infraestruturas de datas 25/08/2015 e 28/8/2015 e da Intervención provincial de data 28/08/2015, infórmase favorablemente a modificación da resolución de concesión solicitada, quedando pendente de conceder 14.911,61 €. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. RÉXIME COMPETENCIAL: En virtude do establecido na base 16ª 2 c) e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a modificación da subvención concedida ó Concello de Ponteareas, (CIF:P3602400H), para realizar o investimento “Obras humanización en Paseo Matutino”, por importe de 199.008,56 €, mediante o acordo da Xunta de Goberno do 19 de decembro de 2015, punto número 4.22913, de xeito que o importe da subvención se destine a financiar as seguintes actuacións: Investimento Orzamento Importe subvención concorrencia Importe subvención libre disposición Importe cofinanciado Acondicionamento oficinas do concello 116.431,68 39.435,08 76.996,60 0,00 Obras de mellora no mercado municipal 158.509,82 47.552,95 0,00 110.856,87 Construción de muro de sostemento de estrada municipal que comunica ó barrio de Cillarga, Ribadetea 20.112,32 20.112,32 0.00 0,00 Total 107.100,35 76.996,60 Quedando pendente de conceder 14.911,61 €, destinada a sufragar parte dun proxecto que actualmente está en fase de concreción e que remitirán nos vindeiros días. 2.- Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.942.762.45.2014 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2015. 3.- A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. 4.- O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 7.23731.- ACEPTACIÓN DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN AMARO (LALÍN), Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO MARCO DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2014 PARA “RETELLADO DA IGREXA PARROQUIAL DE DON RAMIRO” Primeiro.- A Xunta de Goberno na súa sesión do día 27 de decembro de 2013 aprobou as Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC) para o ano 2014, sendo o seu obxecto regular a concesión de subvencións para financiar a realización dos investimentos necesarios para a efectiva prestación dos servizos propios e obrigatorios contemplados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, agás a compra de terreos. As ditas Bases foron publicadas no BOPPO núm. 4 do 8 de xaneiro de 2014. Segundo.- A Xunta de Goberno da Deputación na sesión ordinaria celebrada o día 28 de novembro de 2014 acordo número 15.22834, concedeu á Asociación de Veciños San Amaro (CIF: G-36.166.536) do Concello de Lalín, unha subvención por importe de 2.500,00 € con destino ó financiamento do investimento “Retellado da igrexa parroquial de Don Ramiro”, polo procedemento de concorrencia competitiva. Terceiro.- D. José Carlos García Vázquez, con DNI: 76.797.564-N, en calidade de Presidente da Asociación de Veciños San Amaro (CIF: G-36.166.536) do Concello de Lalín, presenta un escrito, con data de entrada no Rexistro xeral da Deputación 28/07/2015 e número de rexistro 2015083072, no que manifesta o seu desexo de renunciar á subvención concedida polo importe de 2.500,00 €, motivada por non ser posible xuntar a cantidade necesaria para facer fronte á reposición da totalidade do tellado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS: 1º.- O artigo. 90 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude ou, cando non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar ós seus dereitos. 2º.- Pola súa parte, no artigo. 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, recóllese que tanto o desistimento como a renuncia poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia. Neste caso, indícase no punto 2 do citado artigo que a Administración aceptará de plano o desistimento ou a renuncia e declarará concluso o procedemento salvo que, téndose persoado no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días desde que foron notificados. Asemade, no seu apartado 3, sinálase que se a cuestión suscitada entrañase interese xeral ou fora conveniente substanciala para a súa definición e esclarecemento, a Administración poderá limitar os efectos do desistimento ou a renuncia ó interesado e seguirase o procedemento. CONCLUSIÓNS: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, vista a solicitude de renuncia expresa presentada polo interesado e sen prexuízo das salvidades sinaladas no artigo 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, infórmase favorablemente a aceptación da renuncia solicitada e a declaración do expediente como concluso, ordenándose o seu arquivo. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. RÉXIME COMPETENCIAL: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a renuncia presentada pola Asociación de Veciños San Amaro (CIF:G36.166.536) do Concello de Lalín, á subvención de 2.500,00 € dentro do Programa de Acción Comunitaria do ano 2014 para ó investimento núm. 2014001057, denominado “Retellado da igrexa parroquial de Don Ramiro”. 2. Declarar concluso o expediente e proceder ó seu arquivo. 3. Darlle traslado do acordo á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e á Asociación de Veciños San Amaro, do Concello de Lalín. 8.23732.- ACEPTACIÓN DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DESENVOLVEMENTO RURAL DE ALBERGUERIA (MORAÑA), CONCEDIDA NO MARCO DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2014 PARA “BARBACOA ÁREA RECREATIVA O BERREL” Primeiro.- A Xunta de Goberno na súa sesión do día 27 de decembro de 2013 aprobou as Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC) para o ano 2014, sendo o seu obxecto regular a concesión de subvencións para financiar a realización dos investimentos necesarios para a efectiva prestación dos servizos propios e obrigatorios contemplados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, agás a compra de terreos. As ditas Bases foron publicadas no BOPPO núm. 4 do 8 de xaneiro de 2014. Segundo.- A Xunta de Goberno da Deputación na sesión ordinaria celebrada o día 28 de novembro de 2014 acordo número 15.22834, concedeu á Asociación de Veciños desenvolvemento rural de Albergueria (CIF: G-36.425.841) do Concello de Moraña, unha subvención por importe de 1.000,00 € con destino ó financiamento do investimento “Barbacoa área recreativa o Berrel”, polo procedemento de concorrencia competitiva. Terceiro.- D.Gabriel Señoráns Ríos, con DNI: 35.432.729-X, en calidade de Presidente da Asociación de Veciños desenvolvemento rural de Albergueria (CIF: G-36.425.841) do Concello de Moraña, presenta un escrito, con data de entrada no Rexistro xeral da Deputación 24/06/2015 e número de rexistro 2015074099, no que manifesta o seu desexo de renunciar á subvención concedida polo importe de 1.000,00 €, motivada porque a Asociación non vai executar os investimentos. FUNDAMENTOS XURÍDICOS: 1º.- O artigo. 90 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude ou, cando non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar ós seus dereitos. 2º.- Pola súa parte, no artigo. 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, recóllese que tanto o desistimento como a renuncia poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia. Neste caso, indícase no punto 2 do citado artigo que a Administración aceptará de plano o desistimento ou a renuncia e declarará concluso o procedemento salvo que, téndose persoado no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foron notificados. Asemade, no seu apartado 3, sinálase que se a cuestión suscitada entrañase interese xeral ou fora conveniente substanciala para a súa definición e esclarecemento, a Administración poderá limitar os efectos do desistimento ou a renuncia ó interesado e seguirase o procedemento. CONCLUSIÓNS: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, vista a solicitude de renuncia expresa presentada polo interesado e sen prexuízo das salvidades sinaladas no artigo 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, infórmase favorablemente a aceptación da renuncia solicitada e a declaración do expediente como concluso, ordenándose o seu arquivo. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. RÉXIME COMPETENCIAL: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno aproba por unanimidade: 1. Aceptar a renuncia presentada pola Asociación de Veciños desenvolvemento rural de Albergueria (CIF: G-36.425.841) do Concello de Moraña, á subvención de 1.000,00 € dentro do Programa de Acción Comunitaria do ano 2014 para ó investimento núm. 2014000846, denominado “Barbacoa área recreativa o Berrel”. 2. Declarar concluso o expediente e proceder ó seu arquivo. 3. Darlle traslado do acordo á Intervención provincial, ó Servizo de Cooperación e á Asociación de Veciños desenvolvemento rural de Albergueria (CIF: G-36.425.841) do Concello de Moraña. 9.23733.- ACEPTACIÓN DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DO IGREXARIO DO HIO A FONTE (CANGAS DO MORRAZO), Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO MARCO DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2015 PARA “REPARACIÓN CUBERTA FONTE GEU - REPARACIÓN CUBERTA FONTE LUBREI-IGREXARIO” Primeiro.- A Xunta de Goberno na súa sesión do día 19 de decembro de 2014 aprobou as Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC) para o ano 2015, sendo o seu obxecto regular a concesión de subvencións para financiar a realización dos investimentos necesarios para a efectiva prestación dos servizos propios e obrigatorios contemplados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, agás a compra de terreos. As ditas Bases foron publicadas no BOPPO núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015. Segundo.- A Xunta de Goberno da Deputación na sesión ordinaria celebrada o día 3 de xullo de 2015 acordo número 7.23644, concedeu á Asociación Veciños do Igrexario do Hio A Fonte (CIF: G-36.580.207) do Concello de Cangas de Morrazo, unha subvención por importe de 4.130,00 € con destino ó financiamento do investimento “Reparación cuberta Fonte Geu – reparación cuberta Fonte Lubrei-Igrexario”, polo procedemento de concorrencia competitiva. Terceiro.- Asociación Veciños do Igrexario do Hio A Fonte (CIF: G-36.580.207) do Concello de Cangas de Morrazo, presenta un escrito, con data de entrada no Rexistro xeral da Deputación 12/08/2015 e número de rexistro 2015087360, no que manifesta o seu desexo de renunciar á subvención concedida polo importe de 4.130,00 €, motivada por non dispoñer de fondos para achegar o 50% do orzamento. FUNDAMENTOS XURÍDICOS: 1º.- O artigo. 90 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude ou, cando non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar ós seus dereitos. 2º.- Pola súa parte, no artigo. 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recóllese que tanto o desistimento como a renuncia poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia. Neste caso, indícase no punto 2 do citado artigo que a Administración aceptará de plano o desistimento ou a renuncia e declarará concluso o procedemento salvo que, habéndose persoado no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foron notificados. Asemade, no seu apartado 3, sinálase que se a cuestión suscitada entrañase interese xeral ou fora conveniente substanciala para a súa definición e esclarecemento, a Administración poderá limitar os efectos do desistimento ou a renuncia ó interesado e seguirase o procedemento. CONCLUSIÓNS: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, vista a solicitude de renuncia expresa presentada polo interesado e sen prexuízo das salvidades sinaladas no artigo 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, , infórmase favorablemente a aceptación da renuncia solicitada e a declaración do expediente como concluso, ordenándose o seu arquivo. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. RÉXIME COMPETENCIAL: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a renuncia presentada pola Asociación Veciños do Igrexario do Hio A Fonte (CIF: G-36.580.207) do Concello de Cangas de Morrazo, á subvención de 4.130,00 € dentro do Programa de Acción Comunitaria do ano 2015 para ó investimento núm. 2015005194, denominado “Reparación cuberta Fonte Geu – reparación cuberta Fonte Lubrei - Igrexario”. 2. Declarar concluso o expediente e proceder ó seu arquivo. 3. Darlle traslado do acordo á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e á Asociación Veciños do Igrexario do Hio A Fonte (CIF: G-36.580.207) do Concello de Cangas de Morrazo. 10.23734.- ACEPTACIÓN DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE BEADE (AVCU-CSCR) (VIGO), Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO MARCO DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2015 PARA “2ª FASE CAMIÑO FACHO” Primeiro.- A Xunta de Goberno na súa sesión do día 19 de decembro de 2014 aprobou as Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC) para o ano 2015, sendo o seu obxecto regular a concesión de subvencións para financiar a realización dos investimentos necesarios para a efectiva prestación dos servizos propios e obrigatorios contemplados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, agás a compra de terreos. As ditas Bases foron publicadas no BOPPO núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015. Segundo.- A Xunta de Goberno da Deputación na sesión ordinaria celebrada o día 3 de xullo de 2015 acordo número 7.23644, concedeu á Asociación de Veciños de Beade (AVCU-CSCR) (CIF: G-36.632.081) do Concello de Vigo, unha subvención por importe de 5.408,00 € con destino ó financiamento do investimento “2ª Fase camiño Facho”, polo procedemento de concorrencia competitiva. Terceiro.- D. Fernando Gómez Correa, con DNI: 36.005.943-H, en calidade de Presidente da Asociación de Veciños de Beade (AVCU-CSCR) (CIF: G-36.632.081) do Concello de Vigo, presenta un escrito, con data de entrada no Rexistro xeral da Deputación 19/08/2015 e número de rexistro 2015089506, no que manifesta o seu desexo de renunciar á subvención concedida polo importe de 5.408,00 €, xa que a cantidade concedida non fai posible facer fronte o custe da obra. FUNDAMENTOS XURÍDICOS: 1º.- O artigo. 90 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude ou, cando non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar ós seus dereitos. 2º.- Pola súa parte, no artigo. 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recóllese que tanto o desistimento como a renuncia poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia. Neste caso, indícase no punto 2 do citado artigo que a Administración aceptará de plano o desistimento ou a renuncia e declarará concluso o procedemento salvo que, habéndose persoado no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foron notificados. Asemade, no seu apartado 3, sinálase que se a cuestión suscitada entrañase interese xeral ou fora conveniente substanciala para a súa definición e esclarecemento, a Administración poderá limitar os efectos do desistimento ou a renuncia ó interesado e seguirase o procedemento. CONCLUSIÓNS: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, vista a solicitude de renuncia expresa presentada polo interesado e sen prexuízo das salvidades sinaladas no artigo 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, infórmase favorablemente a aceptación da renuncia solicitada e a declaración do expediente como concluso, ordenándose o seu arquivo. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. RÉXIME COMPETENCIAL: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a renuncia presentada pola Asociación de Veciños de Beade (AVCU-CSCR) (CIF: G-36.632.081) do Concello de Vigo, á subvención de 5.408,00 € dentro do Programa de Acción Comunitaria do ano 2015 para ó investimento núm. 2015005720, denominado “2ª Fase camiño Facho”. 2. Declarar concluso o expediente e proceder ó seu arquivo. 3. Darlle traslado do acordo á Intervención provincial, ó Servizo de Cooperación e á Asociación de Veciños de Beade (AVCU-CSCR) (CIF: G-36.632.081) do Concello de Vigo. 11.23735.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DA BOLSEIRA NA EMPRESA COBIDEZA, S.C.G. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P108 Licenciatura/grao en veterinaria a bolseira Sara Chaves Moledo. Con data de 25 de agosto presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 28 de agosto. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Sara Chaves Moledo, con efectos do 31 de agosto de 2015. 12.23736.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DO BOLSEIRO NA EMPRESA EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES LAUREANO COVELO, S.A. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P035 Ciclo Superior en xestión forestal e do medio natural o bolseiro Jacobo Rossello Boullosa. Con data de 27 de agosto presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 28 de agosto por incorporación a unha oferta de traballo. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Jacabo Rossello Boullosa, con efectos do 31 de agosto de 2015. 13.23737.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DO BOLSEIRO NA EMPRESA ITERA TÉCNICA, S.L. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P057 Enxeñería industrial, orientación en mecánica/grao en enxeñería mecánica o bolseiro Félix Calviño Vence na empresa Itera Técnica S.L. Con data de 27 de agosto presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 31 de agosto por motivos profesionais. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Félix Calviño Vence, con efectos do 31 de agosto de 2015. 14.23738.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada de: Escrito do Secretario Comarcal da Confederación Intersindical Galega na comarca de Pontevedra, de data 27/08/2015 (rexistro entrada 2015092505, de 28/08/2015), polo que remite o que denomina “Moción sobre proposición de lei, por iniciativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética”. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.23739.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “VIVEIRO DE EMPRESAS NO POLÍGONO INDUSTRIAL BARRO-MEIS COFINANCIADA Ó 80 % POLO FEDER (EXPTE: 2014009653) Resultando.- Que a Fundación INCYDE, creada polas Cámaras de Comercio, é unha Fundación cuxo obxectivo é o de fomentar a iniciativa empresarial, apoiando as vocacións empresariais, e axudando na formación de empresas e consolidación das xa existentes. Dita Fundación participa dentro do Programa Operativo Feder de Galicia, Eixo 2: Desenvolvemento e innovación empresarial, aprobado pola Decisión da Comisión de 30 de novembro de 2007, por medio da cal se establece unha axuda Feder para os proxectos desenvolvidos no eixo 2, fixada no 80%. Resultando.- Que con data 29 de abril asinouse un convenio entre a Deputación de Pontevedra e a Fundación INCYDE co obxecto de establecer as liñas de colaboración destinadas a mellorar a xestión empresarial a través da construción e acondicionamento de dúas naves destinadas á creación de Viveiros de Empresas, que permitan descubrir e fomentar iniciativas empresariais e contemplar o tecido empresarial máis acorde coas novas estruturas tecnolóxicas e organizativas. Resultando.- Que na cláusula cuarta do convenio de colaboración establécese que a Fundación INCYDE, atendendo ó interese e a petición formal da Deputación Provincial de Pontevedra para realizar Viveiros de Empresas, determina asignar a axuda concedida polo Feder para a realización dos mesmos, consistente en 1.200.000 €, que representa o 80% do investimento total de 1.500.000 €. Resultando.- Que a Xunta de Goberno, en sesión de 18 de xullo de 2014, acordouse aprobar o proxecto de “Viveiro de Empresas. Polígono Industrial Barro-Meis” con orzamento de 1.331.152,65 €, máis a cantidade de 279.542,06 € correspondente ó IVE, o que fai un total de 1.610.694,71 €. Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 24 de outubro de 2014, acordou adxudicar á empresa Construcciones Vilamiño, S.A., o contrato para a execución da obra “Viveiro de empresas no polígono industrial Barro-Meis”, cofinanciada ó 80% polo FEDER, por un prezo de 1.068.250€ mais a cantidade de 224.332,50€ correspondentes o IVE e un prazo de execución de nove meses. Resultando.- Que con data 04/12/2014 formalizouse a acta de comprobación de replanteo, establecéndose nese intre como data para finalizar a obra o día 04/09/2015. Resultando.- Que con data 17/08/2015 tivo entrada nesta Deputación escrito da mercantil Construcciones Vilamiño, S.A., solicitando unha prórroga na execución da obra ata o día 31/10/2015 debido a unha serie de circunstancias extraordinarias que alteraron o proceso de execución da obra e repercuten na finalización da mesma sobre o prazo inicial, tales como: - Execución de cimentación con necesidades e solucións técnicas e de seguridade alternativas ás previstas no proxecto. - Execución de obra condicionadas pola parcela e obra anexa por ser necesaria a coordinación entre empresas para a execución das obras en condicións de calidade e seguridade precisas. - Unidades de obra supeditadas a resolucións con empresas subministradoras. Resultando.- Que solicitado informe ó Servizo de Arquitectura, este emite o mesmo na data 28/08/2015 recollendo o seguinte: “...considérase oportuno autorizar a ampliación do prazo da obra ata o 31 de outubro, segundo se solicita por parte da empresa no citado escrito...” Resultando.- Que mediante escrito de data 01/09/2015 a Fundación INCYDE, remite escrito, recollendo o seguinte: “... se nos solicita una ampliación de plazo para la finalización de los viveiros de empresas Lalín y Barro-Meis, hasta el 30 de noviembre de 2015. Desde la Fundación les autorizamos a ampliar el plazo fijado en el convenio hasta dicha fecha, recordándoles que el 31 de diciembre de 2015 ambos proyectos deberán estar finalizados, pagados y puestos en funcionamiento, para poder ser considerados elegibles por las Autoridades del Programa Operativo...” Resultando.- Que con data 03/09/2015 o Servizo de Contratación emitiu informe co seguinte contido: “...baseado no escrito presentado polo contratista, o informe emitido polo Servizo de Arquitectura, e do o informe da Fundación INCYDE, podería entenderse oportuna a aprobación dunha prórroga na execución do contrato ata o día 31/10/2015...” Considerando.- Que o artigo 213.2 do TRLCSP relativo á prorroga dos contratos establece que: “...Si el retraso fuese producido por motivos no imputables al contratista y éste ofreciera cumplir sus compromisos dándole prórroga del tiempo que se le había señalado, se concederá por la Administración un plazo que será, por lo menos, igual al tiempo perdido, a no ser que el contratista pidiese otro menor...” Considerando.- Que o artigo 100 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas recolle que a petición de prórroga por parte do contratista debera ter lugar nun prazo máximo de quince días dende aquel no que se produza a causa orixinaria do retraso, alegando as razóns polas que se estime non lle sexa imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, ós efectos de que a Administración poida oportunamente, e sempre antes da terminación do prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga do mesmo. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha prórroga e ampliar o prazo de execución da obra “Viveiro de empresas no polígono industrial Barro-Meis” ata o 31/10/2015. 16.23740.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota