ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.874
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015/10/02_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.836/1.2015-10-02_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015/10/02_Ordinaria

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 100 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e cinco minutos do día dous de outubro do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste o deputado D. Uxío Benítez Fernández. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23783.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 25 de setembro de 2015. 2.23784.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE MOBILIARIO PARA O EDIFICIO DESTINADO A VIVEIRO DE EMPRESAS NO POLÍGONO DE BARRO-MEIS, COFINANCIADO NUN 80% POLO FEDER A Deputación de Pontevedra, asinou con data 29 de abril de 2013 un convenio coa “Fundación Instituto para la creación y desarrollo de la empresa” (Fundación INCYDE) co obxecto da construción e acondicionamento de dúas naves destinadas a creación de viveiros de empresas, unha no polígono industrial de Barro-Meis e outra no polígono Lalín 2000. A Xefa do Servizo de Cooperación, con data 14 de setembro de 2015, solicita que se inicien os trámites para a contratación da subministración e instalación de mobiliario para o edificio destinado a viveiro de empresas no polígono de Barro-Meis, xustificando dita necesidade ó sinalar que as necesidades que se pretenden cubrir son acordes co compromiso adquirido pola Deputación de Pontevedra, segundo convenio asinado coa Fundación INCYDE, co obxecto de desenvolver os proxectos e construír dúas naves destinadas a viveiro de empresas no polígono de Barro-Meis e no polígono de Lalín 2000, a financiar por medio dunha axuda da Fundación INCYDE concedida polo FEDER dentro do eixe 2 Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013”. Visto o informe emitido polo Xefe do Servizo de Contratación de data 21 de setembro de 2015, no que se xustifica no expediente a elección do procedemento, sendo este un contrato administrativo de subministracións. Resultando que con data 22 de setembro de 2015, o Sr. Secretario Xeral informa do devandito proxecto de prego de condicións económico administrativas. Resultando que polo Servizo de Intervención se certifica a existencia de consignación orzamentaria para facer fronte ás obrigas derivadas deste contrato con cargo á vinculación da aplicación orzamentaria 2015/942.2411.625.01 mediante a emisión do correspondente documento RC con numero de operación 201500147606. Resultando que polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente con data 23 de setembro de 2015. En dito informe de fiscalización infórmase favorablemente o expediente e ponse de manifesto a seguinte observación: “Dada a data na que nos atopamos, os prazos necesarios para a tramitación deste procedemento, que as actuacións do proxecto deben estar executadas o 30 de novembro de 2015 e que o 31 de decembro os proxectos deben estar finalizados, pagados e postos en funcionamento para poder se considerados como elixibles polas Autoridades do programa operativo, haberá que ter en conta a posible esixencia de responsabilidades no caso de perda da subvención.” Considerando o R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica este contrato como “de subministracións” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministracións, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración e instalación de mobiliario para o edificio destinado a viveiro de empresas no polígono de Barro-Meis, cofinanciado nun 80 % polo FEDER mediante convenio coa Fundación INCYDE, polo seguinte importe de licitación total: Orzamento de licitación (sen IVE): 175.965,00 € IVE (21%): 36.952,65 € Prezo total (IVE incluído): 212.917,65 € 2.- Aprobar os pregos de cláusulas economico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3.- Autorizar o gasto polo importe máximo de 212.917,65 € (IVE incluído) con cargo á vinculación da aplicación orzamentaria 2015/942.2411.625.01 do vixente orzamento 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a devandita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte a correspondente publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE MOBILIARIO PARA O EDIFICIO DESTINADO A VIVEIRO DE EMPRESAS DO POLÍGONO DE BARRO-MEIS, COFINANCIADO NUN 80 % POLO FEDER MEDIANTE CONVENIO COA FUNDACIÓN INCYDE 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire este prego é a subministración descrita no apartado 1 do anexo I deste, que recolle as necesidades administrativas que se satisfarán mediante o contrato, describindo as características da subministración e a forma de levar a cabo a prestación polo adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada un deles. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un lote, a varios ou a todos eles, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se atenderá ó estipulado no apartado 1 do anexo I deste prego. Dada a orixe comunitaria dos fondos aplicables a este contrato, o mesmo deberá someterse ás disposicións do Tratado da Unión Europea, así como ao Tratado de Funcionamento da Unión Europea, e ós actos fixados en virtude do mesmo e será coherente coas actividades políticas e prioridades comunitarias en prol dun desenvolvemento sustentable e mellora do ambiente, debendo promover o crecemento, a competitividade, o emprego e a inclusión social, así como a igualdade entre homes e mulleres, de conformidade co disposto no Regulamente (CE) nº 1083/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de xuño de 2006, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión. O contratista haberá de cumprir coas medidas de información e publicidade establecidas no artigo 8 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión de 8 de decembro de 2006, Regulamento de xestión. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato financiarase da maneira que se establece no apartado 1 do anexo I e distribuirase nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato é a cantidade expresada no apartado 1 do anexo I deste prego, incluíndo na devandita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente, son por conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso indicarase como partida independente o importe do imposto sobre o valor engadido (IVE). As proposicións que se presenten e que superen o orzamento base de licitación descartaranse automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente neste prego de condicións estarase ó disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ós emprendedores e a súa internacionalización; o Real decreto lexislativo 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público (LCSP), e no que sexa aplicable no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP, e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato, en calquera dos seus termos, ou dos documentos anexos que forman parte deste, non eximirá ó contratista da obrigación do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión ós presentes pregos e á lexislación anteriormente citada. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas do dereito administrativo e, na súa falta, as normas do dereito privado. O adxudicatario estará obrigado a cumprir, baixo a súa exclusiva responsabilidade, as disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. Además do presente prego terán carácter contractual os seguintes documentos: -O prego de prescripcións técnicas. -A oferta do adxudicatario. -O documento de formalización do contrato. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración −prezo− ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 1 do anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, conforme ós termos e requisitos establecidos neste texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, en cumprimento do disposto no artigo 334 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público, e na disposición adicional terceira da Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, a partir do 15 de decembro de 2014 a Deputación de Pontevedra integrará o seu perfil do contratante na Plataforma de Contratos do Sector Público do Estado e publicará nesta todas as noticias, avisos e documentación relativa ós seus procedementos de contratación (www.contrataciondelestado.es). Calquera dúbida sobre os pregos que rexen esta contratación enviarase e resolverase a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoñan no apartado 2 do anexo I deste prego, nos termos que dispón o artigo 77 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 60 da mencionada norma. Para os efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación). Estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración e deberán nomear ante ela a un representante ou apoderado única da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir os deberes que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Estas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a súa debida execución. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, e o lugar de entrega dos bens obxecto da subministración figuran no apartado 1 do anexo I deste prego. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como os prazos parciais sinalados. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que estas alcancen o 5 % do prezo do contrato. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a súa dedución na facturación que se produza ou, se é o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5 % do prezo de adxudicación, excluído o IVE, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse nos dez días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, neste caso, a solicitarlle a mesma documentación ó licitador seguinte pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, (sede de Pontevedra en horario de 8:30 a 14:30 e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres, e sábados de 9 a 13 horas; ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, de 9 a 14 horas) durante un prazo de 15 días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011) dende o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogaríase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. As proposicións poderanse presentar tamén por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4 da Lei 3/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e 80 do R. d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), teléfono, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: As empresas interesadas na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: -Sobre (A, B ou C) Poñer a letra en función do sobre correspondente -Núm. de expediente No caso de que se coñeza -Denominación do contrato -Nome do licitador -CIF -Enderezo, correo-e e teléfono de contacto -Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación que se incluirá nestes sobres detállase no apartado 4 do anexo I deste prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte forma: Presidencia: - Deputado ou deputada delegada pola Presidencia Vogalía: - Unha deputada ou deputado do Grupo Provincial do PP - Unha deputada ou deputado do Grupo Provincial do BNG - Unha deputada ou deputado do Grupo Mixto - O Secretario xeral - O Interventor - A Xefa do Servizo de Cooperación Secretaría: - O Xefe do Servizo de Contratación 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que sexa necesario o arranxo de erros ou omisións na documentación, a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás once horas e trinta minutos do primeiro mércores seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, sempre que transcorresen polo menos tres días hábiles dende a finalización do prazo, sinalará en acto público as que se cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable a través de criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como se prevé no artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a LCSP. No caso de que non transcorresen eses tres días hábiles dende a finalización do prazo de presentación de plicas o acto da Mesa de Contratación realizarase o mércores da semana seguinte. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos que se considere oportuno, que a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no apartado 3 do anexo I deste prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalarase no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplicaranse os criterios establecidos no apartado 3 do anexo I deste prego. Unha vez aplicados estes criterios clasificaranse as propostas en orde decrecente de valoración e proporáselle ó órgano de contratación a adxudicación a favor do licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se pode cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no anexo III deste prego, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime que pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ENTREGAR A EMPRESA QUE PRESENTE A OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requiriralle á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa para que dentro do prazo de dez días hábiles entregue a seguinte documentación: 13.1. Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que sexan persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito sexa esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o for, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou da Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo ou, na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante un informe da correspondente Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o RXLCAP. Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (documento nacional de identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (documento nacional de identidade, para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder suficiente en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á realización de contratos coas administracións públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, desempeñará a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado. Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteada por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica. Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se indican no apartado 2 do anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos en función dos medios de acreditación desta solvencia. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2. Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP: 1. Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social ó abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigacións coa Seguridade Social. 2. Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP que acredite que se atopa ó corrente do pagamento das súas obrigacións tributarias. 3. Orixinal ou copia cotexada de alta no imposto de actividades económicas na epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non darse de baixa na matrícula do citado imposto. 4. Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir á execución do contrato. 5. Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 6. Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición máis vantaxosa no seu conxunto se se atende a unha pluralidade de criterios ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo cando este sexa o único criterio que se considere. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, contados dende a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deba terse en conta unha pluralidade de criterios, e no prazo máximo de quince días, contados dende a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22.f do R.d. 817/2009 para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial do contrato, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 doTRLCSP. Deberase indicar na oferta a parte do contrato que se previu subcontratar, sinalando o seu importe e porcentaxe con respecto á totalidade do contrato e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica dos subcontratistas ós que se vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á Administración contratante polos deberes contraídos con elas polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores e traballadoras da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre subcontratación establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, conforme ó indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. PAGAMENTOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe aboarlles ós subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados, que non poderán ser máis desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Este prazo computarase dende a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, indicando a súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade ou, no seu caso, os motivos da desconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días dende a presentación da factura. No caso de demora no pagamento o subcontratista ou subministrador terá dereito ó cobro dos intereses de demora e a indemnización polos gastos de cobro previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas prazos de pagamento superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, sempre que este pacto non constitúa unha cláusula abusiva e que o pagamento se instrumente mediante un documento negociable que comporte a acción cambiaria no que os gastos de desconto ou negociación sexan por conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pagamento se garanta mediante aval. As administracións públicas e demais entes públicos contratantes poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, cualificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer os pagamentos correspondentes a todos os subcontratistas ou subministradores que participen neles. Os contratistas adxudicatarios remitiranlle ó ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada daqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto coas condicións de subcontratación da subministración de cada un deles que garde unha relación directa co prazo do pagamento, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Así mesmo, deberán achegar a solicitude do ente contratante e o xustificante de cumprimento dos pagamentos ós subcontratistas ou subministradores unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pagamento legalmente establecidos no artigo 228 e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, e no que sexa de aplicación. Estes deberes, que se incluirán nos anuncios de licitación e nos correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que para ese efecto conteñan os pregos. 16. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1. Correspóndelle exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que reúna os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos para formar parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento dos requisitos. 2. A empresa contratista asume a obrigación de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular asumirá a negociación e o pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as obrigacións legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigacións legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. 3. A empresa contratista velará especialmente por que as persoas traballadoras adscritas á execución do contrato desenvolvan a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4. A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato no lugar acordado, salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos ou entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados dos que ocupan os empregados públicos. Corresponde tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obriga. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos se presten nas dependencias dos departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5. A empresa contratista deberá designar polo menos unha persoa que exerza de coordinadora técnica ou unha persoa responsable, integrada no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigacións as seguintes: a) Actuar como interlocutor ou interlocutora do contratista fronte á entidade contratante, canalizando a comunicación entre o contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dunha banda, e a entidade contratante, doutra banda, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato e impartirlles ás citadas persoas que realizan o traballo as ordes e instrucións que sexan necesarias en relación á prestación da subministración. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo de funcións que teñan encomendadas, así como controlar a asistencia do citado persoal ó seu posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato, para o que deberá coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa entidade contratante, a efectos de non alterar o bo funcionamento do obxecto do contrato. e) Informar a entidade contratante acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 17. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, contados dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo este documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 18. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá cumprir as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 19. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación no presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais como, no seu caso, na prensa, serán por conta do adxudicatario do contrato, sen que poida imputárselle á Administración contratante ningún pagamento por tal concepto, e sen que estes gastos superen os 2.000,00 €. 20. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, á que lle corresponderá supervisar a súa execución, adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non desta persoa non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias se deban a ordes directas do mesmo, con expresa reserva escrita por parte do contratista, tanto o propio responsable como o órgano de contratación. 21. OUTROS GASTOS ESIXIBLES Salvo pacto contrario, os gastos de entrega e transporte dos bens obxecto da subministración ó lugar convido, serán por conta do contratista. Se os bens non se atopan en estado de ser recibidos, farase constar así na acta de recepción e daranse as instrucións precisas ó contratista para que emende os danos observados ou proceda a unha nova subministración de conformidade co pactado. 22. EXECUCIÓN DA SUBMINISTRACIÓN E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase con suxeición ó establecido nas súas cláusulas e nos pregos de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dese ó contratista o órgano de contratación. O contratista está obrigado a entregar os bens obxecto da subministración no tempo e lugar fixados no contrato e coas prestacións técnicas e cláusulas administrativas. Calquera que sexa o tipo de subministración, o adxudicatario non terá dereito a indemnización por causa de perdas, avarías ou prexuízos ocasionados nos bens antes da súa entrega na Administración, salvo que esta incorrese en mora ó recibilos. Cando o acto formal de recepción de bens, de acordo coas condicións do prego sexa posterior á súa entrega, a Administración será responsable da súa custodia durante o tempo que medie entre unha e outra. Recibidos pola Administración bens ou produtos perecedoiros, será esta a responsable da súa xestión, uso ou caducidade, sen prexuízo de responsabilidade do subministrador polos vicios ou defectos dos mesmos. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se as subministracións sufrisen un atraso na súa recepción, sempre que este non fose imputable ó contratista e esta ofreza cumprir os seus compromisos, o órgano de contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pida outro menor, de acordo co establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. Cando o contratista, por causas que poidan serlle imputables, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades que figuran neste prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. Así mesmo a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados con motivo do atraso imputable ó contratista. 23. GARANTÍA DAS SUBMINISTRACIÓNS O prazo de garantía comezará a contar dende a data de recepción dos bens subministrados. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ó contratista conforme ó artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento dos seus deberes e dos danos e perdas ocasionados á mesma con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co que no citado Real decreto lexislativo estea establecido. Así mesmo, se durante o prazo de garantía se acreditase a vixencia de vicios ou defectos dos bens subministrados, a Administración terá dereito a reclamarlle ó contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a súa reparación fose insuficiente. Durante este prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. 24. MODIFICACIÓNS DO CONTRATO O órgano de contratación, para os efectos establecidos nos artigos 219.1 e 296 do TRLCSP, posúe a prerrogativa de modificar o contrato obxecto deste prego segundo o disposto no artigo 210 do TRLCSP. As modificacións do contrato poderán producirse, en cumprimento dos artigos 210 e 219.1 do TRLCSP, por razóns de interese público nos casos e na forma establecidos no Título V do Libro I, e de acordo co procedemento de exercicio de potestade de modificación do contrato regulado no artigo 211 do TRLCSP. O contrato poderá modificarse cando así estivese previsto nos documentos e nos termos expresados no artigo 106 ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP, de conformidade co disposto no artigo 105 do TRLCSP relativo ós supostos de modificacións de contratos: a) Modificacións previstas na documentación que rexe a licitación: A previsión de posibilidade da eventual modificación do contrato indicarase, se é o caso, no prego, detallándose os supostos e condicións nas que o órgano de contratación poderá facer uso desta potestade, o seu alcance e límites, indicando a porcentaxe do prezo do contrato ó que como máximo pode afectar a modificación, e o procedemento. b) Modificacións non previstas na documentación que rexe a licitación: O contrato poderase modificar sempre que se xustifique suficientemente a concorrencia dalgunha das circunstancias dispostas no artigo 107 do TRLCSP, seguindo o procedemento establecido para o efecto na normativa. Cando, como consecuencia dunha modificación do contrato, experimente variación o prezo deste, deberase reaxustar a garantía definitiva, para que garde a debida proporción co novo prezo modificado. As modificacións do contrato deberán formalizarse conforme ó disposto no artigo 156 do TRLCSP. En todo caso se terán en conta as recomendacións dictadas nesta materia pola Dirección Xeral de Fondos Comunitarios en relación coa regulación dos gastos subvencionables recollidas na ORDE EHA/524/2008 de 26 de febreiro sobre gastos subvencionables. 25. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada por eles, con previo aviso ó Servizo de Contratación mediante escrito común ou electrónico no correo-e contratacion@depo.es, transcorridos tres meses, contados dende o día seguinte ó da notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no caso de que interpuxesen reclamacións ou recursos ou exista algún incidente administrativo. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 223 e 299 do TRLCSP. 27. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato resolveraas o órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa, deixando expedita a vía xurisdiccional, contenciosa-administrativa, a teor do disposto na lei reguladora da mencionada xurisdición.” Ditos anexos son como seguen: ANEXO I. “CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO Subministración e instalación de mobiliario para o edificio destinado a viveiro de empresas no polígono de Barro-Meis. O tipo de equipamento, as súas características e o número de unidades dos bens para subministrar relaciónanse no anexo I do prego de prescricións técnicas que rexe a contratación. 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: non Cualificación do contrato: subministracións CPV: 39130000 Mobles de oficina Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 de R. d. l. 3/2011), contados dende a data de publicación do anuncio do contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN Formulación do prezo: a prezo fixado. ORZAMENTO ESTIMADO: Orzamento de licitación (sen IVE): 175.965,00 € IVE (21 %): 36.952,65 € Prezo total do contrato (IVE incluído): 212.917,65 € B) FINANCIAMENTO Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Prezo total do contrato 2015 Vinculación da aplicación 942.2411.625.01 212.917,65 € Revisión de prezos: non procede. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN, PRAZO E LUGAR DE ENTREGA O contrato entrará en vigor a partir da data da súa formalización e finalizará coa subministración de todo o mobiliario. Prazo de entrega: o prazo para a entrega e colocación dos bens obxecto do presente contrato non poderá exceder de 45 días naturais, contados dende a data da súa formalización. Lugar de entrega: o mobiliario entregarase no edificio destinado a viveiro de empresas no polígono de Barro-Meis. Calquera variación na súa localización debe ser autorizada pola Deputación de Pontevedra. Os bens deberanse entregar en perfecto estado, montados, operativos para o seu uso e na forma que se estableza nos pregos que rexen a contratación, sendo por conta do adxudicatario os gastos de transporte, acceso ó lugar, desembalaxe, montaxe, instalación e entrega. Calquera que sexa o tipo de subministración, o adxudicatario non terá dereito a indemnización por causas de perdas, avarías ou prexuízos ocasionados nos bens antes da súa entrega á Deputación de Pontevedra. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTO Forma de pagamento: o pagamento do contrato realizarase contra a prestación da correspondente factura, unha vez conformada polo responsable do contrato e sempre tras a sinatura da correspondente acta de recepción. Antes da sinatura da acta de recepción a Deputación de Pontevedra facilitaralle ó adxudicatario un modelo de inventario que este deberá cubrir con todos os bens subministrados e instalados. Este inventario presentarase en formato papel e en folla de cálculo (Excel). Para a emisión da factura o adxudicatario deberá contar co consentimento expreso do responsable do contrato. Lugar de presentación e forma da factura: as facturas de importe superior a 5.000,00 € deberán presentarse (polo adxudicatario) en formato electrónico a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (sede.depo.es) en tempo e forma para os efectos de que o órgano administrativo ó que corresponde proceda á súa tramitación (máis información en https://sede.depo.es). Os códigos DIR 3 que identifican ó presente procedemento e que se especificarán nas correspondentes facturas electrónicas son os seguintes: Órgano Xestor: A0006138; Unidade Tramitadora: A0006135; Oficina Contable: A0006139. Se xunto coa factura o adxudicatario ten que presentar outros documentos xustificativos do traballo realizado farao achegando os documentos xustificativos a través do sistema de facturación da Deputación de Pontevedra. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non se esixe. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato (IVE excluído). Prazo de garantía mínimo: 24 meses. 1.7. PENALIZACIÓNS En caso de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertadas polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. As características da subministración recollidas nos pregos que rexen a contratación consideraranse como obrigacións esenciais do contrato, aplicándose as penalidades previstas para o incumprimento do prazo total, ou no seu caso a resolución do contrato. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación para presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 14.1 do prego económico-administrativo). Clasificación: non se esixe. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ó ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media o valor estimado do contrato. Documentación para presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais (Conta de perdas e ganancias) dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, ou os modelos 200 (declaración-liquidación do imposto sobre sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan esta obrigación). - Modelo 390 (declaración resumen anual IVE) dos tres últimos anos ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. En caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: - Relación das principais subministracións realizadas no curso do cinco últimos anos relacionados co obxecto do contrato, estes certificados indicarán o importe sen IVE, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e levaron normalmente a bo termo (cubrir o anexo V deste prego). As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou por este, a falta do certificado, mediante unha declaración do empresario. O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución debe ser igual ou superior ó 70 % do valor estimado do contrato, ou da súa anualidade media se esta é inferior ó valor estimado do contrato. Nota: Considerase como valor estimado do contrato o importe total, sen incluír o IVE. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios, directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B): Os criterios non avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 40 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Características técnicas, funcionais e de deseño dos produtos ofertados, ata un máximo de 35 puntos. - Servizo de asistencia técnica e mantemento, ata un máximo de 5 puntos. 3.1.1. Características técnicas, funcionais e de deseño dos produtos ofertados, ata un máximo de 35 puntos. As características técnicas, funcionais e de deseño valoraranse de acordo ós seguintes subcriterios: 1. Robustez e durabilidade do equipamento, ata un máximo de 15 puntos: Valoraranse aspectos que melloren a robustez e durabilidade do equipamento instalado, en aspectos como a rixidez da estrutura, estantes preparados para grandes cargas, resistencia de taboleiros, rixidez dos estantes e calquera outro aspecto que mellore a durabilidade do equipamento. 2. Ergonomía e estética, ata un máximo de 15 puntos: Valorásense aspectos que aumenten a ergonomía e a estética do equipamento instalado, a coherencia no deseño global do mobiliario, a disposición de estruturas que faciliten a mellor continuidade entre os elementos e calquera outro aspecto que mellore a ergonomía e a estética nas instalacións. 3. Flexibilidade do mobiliario, ata un máximo de 5 puntos: Valoraranse aspectos que aumenten a flexibilidade do mobiliario instalado, posibilidades de diferentes configuracións co mesmo material, os servizos intercambiables facilmente, os mobles desprazables e calquera outro aspecto que mellore a flexibilidade. 3.1.2. Servizo de asistencia técnica e mantemento, ata un máximo de 5 puntos: Valoraranse as características do servizo de asistencia técnica e mantemento, calidade, tempo de resposta e proximidade respecto de onde se entregan as subministracións. Achegarase descrición dos puntos de asistencia máis próximos ó lugar da subministración. Non se poderán indicar neste apartado os meses de garantía ofertados, sendo este un dato que se debe incluír no sobre C. No caso de referenciar este dato, a empresa licitadora quedará excluída do procedemento. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta ofertada polo licitador no sobre C. Toda referencia en relación cos criterios de avaliación mediante fórmulas presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto carrexará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (sobre C): Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C das empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 20 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 60 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 3.2.1. Prezo ofertado, ata un máximo de 45 puntos. 3.2.2. Prazo de garantía, ata un máximo de 10 puntos. Non poderá ser inferior a 24 meses nin superior a 60 meses. 3.3.3. Prazo de entrega e colocación, ata un máximo de 5 puntos. Non poderá ser inferior a 15 días nin superior a 45 días. Estes criterios valoraranse en función das fórmulas establecidas no anexo IV deste prego. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e de valoración técnica do sobre B. 4. DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2. Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no anexo III deste prego. 3. Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ó contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a súa debida execución, ós que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse antes da adxudicación do contrato. 4. As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle ó licitador. En todo caso, as empresas estranxeiras presentarán os documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou galego. Presentación do sobre A en o caso de licitar a varios lotes. No caso de que o contrato se divida en lotes, se un mesmo licitador se presenta a varios lotes poderá presentar un único sobre A no que acredite os requisitos de capacidade e solvencia requiridos para cada un deles. Contrariamente, deberase presentar un sobre B e outro C para cada un dos lotes ós que se presente. SOBRE B: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS As ofertas deberán presentarse tanto en formato papel como en formato dixital. O formato dixital deberá presentarse en soporte CD ou DVD, coa seguinte etiqueta: EMPRESA NOME DE FICHEIROS Oferta_Tecnica.doc Oferta_Tecnica.pdf Notas: - O modelo Anexo I_plantillasobreB presentarase en formato papel e en formato de Excel. - As fichas técnicas, a documentación técnica relativa ás normativas de calidade e ambiente UNE-EN ISO 9001:2008 e UNE EN ISO 14001:2004, así como certificados, unicamente será necesario presentalas en formato pdf. A empresa deberá presentar a seguinte documentación: Índice: 1. Unha relación numerada e paxinada de todos os documentos incluídos neste sobre. A relación deberá estar debidamente asinada. 2. Elementos para subministrar. No Anexo I_plantillasobre B ó prego técnico establécese a lista de mobiliario que deberá ser ofertado pola empresa. Esta relación deberase completar co equipamento para subministrar así como as súas especificacións técnicas. En todo momento deberanse considerar como mínimas e de obrigado cumprimento as especificadas no anexo. O mobiliario subministrado deberá contar con MARCADO CE. Deberanse achegar as fichas técnicas de cada un dos elementos. As fichas técnicas presentaranse en follas tamaño A4 e non se permite a inclusión de catálogos como fichas de produtos. As fichas indicarán:  Nome do fabricante  Descrición do elemento  Dimensións do elemento acabado  Características técnicas dos materiais, espesores, estruturas e acabados  Normativa que cumpre segundo o fabricante do produto  Fotografía do elemento concreta e exacta  Ano de lanzamento do produto ó mercado Para acreditar o cumprimento da normativa técnica específica débense achegar certificados do propio fabricante ou certificados de organismos alleos ó fabricante. Estes certificados nunca poderán ser achegados por distribuidores, axentes ou subsidiarias. 3. Características do servizo de asistencia e mantemento (nota importante:non se poderá facer referencia ó prazo de garantía). Deberanse detallar as características do servizo de asistencia técnica e mantemento, calidade, tempo de resposta e proximidade respecto de onde se entregan as subministracións. Así mesmo achegaranse os puntos de asistencia máis próximos da subministración. 4. Indicación do lugar, dentro da provincia de Pontevedra, onde se disporá dunha mostra dos elementos principais de mobiliario para os efectos de poder comprobar a súa calidade. 5. Deberase indicar a parte correspondente ó contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e en nome ou perfil empresarial, de acordo co establecido na cláusula 16 deste prego. Ademais da relación mínima de documentación o licitador poderá presentar unha suxestión indicativa da distribución proposta incluíndo debuxos, planos, etc., tomando como referencia o plano do proxecto e enxeñería publicado. O proxecto deberá ser real e polo tanto as medidas serán exactas e axustaranse ás dimensións reais e idiosincrasia de cada sala. Así mesmo poderá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do contrato, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, cúmprense os requisitos mínimos establecidos neste prego de condicións. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta presentada nos criterios avaliables de forma automática (sobreC). O incumprimento deste requisito traerá consigo a exclusión do procedemento. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e cos seguintes documentos: 1. Modelo de proposición segundo o modelo determinado no Anexo II. Lote 1 deste prego, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. 2. Relación de prezos unitarios segundo o modelo do Anexo VI. Lote 1_ plantillasobreC ó presente prego. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do orzamento basee de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicaranse como partida independente o importe do imposto sobre o valor engadido. Así mesmo, cando para a selección del contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables mediante fórmulas establecidas nos pregos.” ANEXO II “MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) (Nome e apelidos)..........., maior de idade, veciño/a de........, con domicilio en......... titular do DNI número..........., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa.......... (CIF número...........) e con domicilio en............., teléfono.......... segundo declaro responsablemente. En coñecemento do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á subministración (especificar denominación da subministración): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumpriron os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos á subministración, con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Prezo total ofertado sen IVE: ………………………………………euros (Deberanse facilitar todos os prezos unitarios ofertados, para iso o licitador deberá cubrir o modelo do Anexo VI. Lote 1 _ plantillasobreC ó presente prego) - Prazo de garantía ofertado: ………………………………… meses. (O prazo de garantía ofertado non poderá ser inferior a 24 meses nin superior a 60 meses) …………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO III DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato PDF para cubrir na área de descargas da seguinte dirección web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO IV “FÓRMULAS QUE SE APLICARÁN PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) A) Fórmula que se aplicará para a valoración do prezo total ofertado (ata un máximo de 45 puntos). • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1, O2,….,On: valor das n ofertas • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=1,….,n) • b1, b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin:: baixas porcentuais máxima e mínima • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e Wmax, i=1, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=1, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas: 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =1,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20 % (figura 2). Nota. En caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación tense b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas unha puntuación nula (Vi=0). Na práctica esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propomos dar unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que: 4. Fórmula completa para a valoración de ofertas 1. Definición de Wmax: 2. Definición de S:  Se : ,  Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para i=1,……n:  Se entón ,  Se entón 4. Valoración das ofertas cando  Para i= 1, ….n: Presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados (baixa temeraria): Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25 % do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das admitidas. Non obstante, excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25 % do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre o tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria • n = 2: supomos que . Se entón a oferta 2 é temeraria Obsérvese que a condición equivale a porque: • n = 3: supomos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1, 2, 3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria • N ≥ 4: supomos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm se Para i = 1, 2,……, n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. - Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode cumprirse como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que quedasen clasificadas, que se estime poida ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. B) Fórmula que se aplicará para o cálculo do prazo de garantía (máximo de 10 puntos): O prazo de garantía especificarase en meses, sendo o mínimo esixido de 24 meses e o máximo de 60 meses. P = (M*(O-G)/(B-G)) Onde: • P: puntuación • O: oferta do licitador • B: mellor oferta • G: mínimo de garantía esixido 24 meses • M: puntuación máxima establecida C) Fórmula que se aplicará para o cálculo do prazo de entrega e colocación (máximo de 5 puntos): O prazo de entrega e colocación especificarase en días, sendo o mínimo esixido de 15 días e o máximo de 45 días. P = (M*(C-O)/(C-B)) Onde: • P: puntuación • O: oferta licitador • B: mellor oferta • C: peor oferta • M: puntuación máxima establecida no prego (5)” ANEXO V. MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE SUBMINISTRACIÓNS REALIZADAS “ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO DA REALIZACIÓN DE SUBMINISTRACIÓNS REALIZADAS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS CINCO ANOS Título do contrato: Núm. de expediente: (Nome e apelidos).……………, con DNI núm. ……….., en nome propio ou en representación da empresa ……………, con NIF/CIF núm. ………DECLARA que a relación das subministracións obxecto do presente contrato realizados nos últimos cinco anos son os que se recollen na seguinte táboa: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2010 Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe do ano 2014 Importe total dos últimos 3 anos Destinatario Inicio Fin TOTAIS ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” 3.23785.- OUTORGAMENTO DUN PRAZO FINAL Á EMPRESA COPCISA, S.A. PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “EDIFICIO PARA VIVEIRO DE EMPRESAS EN LALÍN”, COFINANCIADO NUN 80% POLO FEDER A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria de 26 de abril de 2013, aprobou un Convenio de colaboración coa fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (en adiante, INCYDE), para a construción e acondicionamento de dous naves destinadas á creación de viveiros de empresas, que foi asinado o 29 de abril de 2013, co obxecto de mellorar a xestión empresarial. No Convenio estableceuse que a Deputación de Pontevedra licitaría as obras, e a fundación INCYDE asignaría a axuda concedida polo FEDER, consistente en 1.200.000,00 €, e que representa un 80% da inversión total de 1.500.000,00 €. En base a este Convenio, a Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria de 13 de xuño de 2014, aprobou o proxecto “Edificio para Viveiro de Empresas en Lalín”, redactado polo arquitecto D. Andrés Touceda Gómez, cun importe de execución de 568.820,00 €, máis o 21% IVE, o que fai un total de 688.272,20 €, e un prazo de execución de 7 meses. Resultando que, con data de 24 de xullo de 2014, a Xunta de Goberno, en sesión ordinaria, aproba o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da referida obra, autorizando o gasto por importe de 688.272,20 € con cargo ás aplicacións orzamentarias 14/942.232.622.01.2013 e 14/942.232.622.01. Resultando que o contrato se adxudicou á empresa COPCISA, S.A. (CIF: A-08190696), mediante acordo da Xunta de Goberno de 17 de outubro de 2014, polo importe de 467.740,69 €, máis 98.225,54 € do 21% IVE, o que fai un total de 565.966,23 €, un prazo de execución de cinco meses e medio, melloras ofertadas por importe de 16.748,34 €, e un 7,97% de control de calidade. Resultando que, con data de 12 de decembro de 2014, se formalizou a acta de comprobación do replanteo, establecéndose nese intre como data para a finalización da obra o día 27 de maio de 2015. Resultando que a Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria de 29 de maio de 2015, concedeu unha prórroga de tres meses, que foi solicitada mediante escrito da empresa adxudicataria e o director de obra baseado, por unha banda, no incremento da obra durante a fase de escavación e cimentación, e, por outra, na paralización dos traballos de formigonado debido ás baixas temperaturas que se rexistraron durante os meses de inverno. Na referida prórroga estableceuse como data de finalización o día 27 de agosto de 2015. Resultando que, con data de 20 de agosto de 2015 tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra (Núm. rexistro 2015090068) escrito da empresa contratista, COPCISA, S.A., solicitando unha nova prórroga para a execución desta obra ata o día 30 de outubro de 2015, baseada, por unha banda, no retraso nas subministracións dos materiais, e, por outra, na necesidade xurdida de redactar diversos anexos ó plan de seguridade e saúde da obra, que retrasaron os traballos. Con esta solicitude acompaña escritos das empresas subcontratistas, xustificando o retraso nas referidas subministracións dos materiais. Resultando que, en relación a esta solicitude de prórroga, con data 26 de agosto de 2015, tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra (Núm. rexistro 2015091709) informe do director de obra e do director de execución de obra, no que consideran que se debe outorgar a aprobación da prórroga solicitada polo contratista, estendendo o seu prazo de execución ata o vindeiro 30 de outubro de 2015. Resultando que, con data de 29 de xullo de 2015, o Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra solicitou á fundación INCYDE, á vista das dificultades técnicas e de tramitación administrativa para executar o proxecto de construción nos viveiros de empresas de Lalín e Barro-Meis, a ampliación do prazo de execución do Convenio de colaboración ata o 30 de novembro de 2015. En resposta a esta solicitude, a fundación INCYDE, mediante escrito de 1 de setembro de 2015, autoriza dita ampliación do prazo, recordando que o 31 de decembro de 2015 ambos os dous proxectos deberán estar rematados, pagados e postos en funcionamento, para poder ser considerados como elixibles polas Autoridades do Programa Operativo. Considerando que, de acordo co artigo 212 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (en adiante, TRLCSP), o contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a súa realización, así como dos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Considerando que, segundo o artigo 213.2 TRLCSP, se o retraso se produce por motivos non imputables ó contratista e este ofrece cumprir os seus compromisos dándolle prórroga, a Administración concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a no ser que o contratista pedise outro menor. Considerando que o R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (en adiante, RXLCAP), no seu artigo 100 se refire á petición de prórroga do prazo de execución, establecendo que a petición de prórroga por parte do contratista deberá realizarse nun prazo máximo de 15 días dende aquel no que se produza a causa orixinaria do retraso, alegando as razóns polas que estime que non lle es imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, ós efectos de que a Administración poda, oportunamente, e sempre antes da terminación do prazo de execución do contrato, resolver sobre a súa prórroga, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. No mesmo sentido pronunciase a cláusula 22 do prego de cláusulas administrativas particulares. Resultando que esta Administración non ten constancia de que as causas alegadas do retraso producido na execución do contrato non sexan imputables ó contratista, extremo no que non se pronuncia o informe do director de obra e director de execución de obra, se ben pode observarse do expediente que se incumpriron os termos do contrato en canto ó seu prazo de duración. Considerando que o artigo 227.4 TRLCSP sinala que os subcontratistas quedan obrigados soamente ante o contratista principal, que asumirá, polo tanto, a total responsabilidade da execución do contrato fronte á Administración, de conformidade cos pregos e os termos do contrato. Neste sentido, o Tribunal Supremo, na súa Sentencia de 10 de febreiro de 1990 (Sala Terceira, do Contencioso-administrativo, sección 2ª), sinalou que “El contratista al comprometerse en los plazos de entrega de la obra, debe valorar los actos que realiza para el buen fin del contrato, entre estos actos se encuentran los subcontratos, asumiendo el resultado de los mismos, y, por tanto, su posible fracaso y debe tomar las medidas adecuadas para impedirlo, ya que en otro caso estos resultados desfavorables tendrá que afrontarlos como derivados de actos propios frente a la Administración, lo que no impide que por su parte lógicamente pueda cubrirse frente al subcontratista con las garantías que estime convenientes, pero en ninguna forma puede intentar trasladar estos efectos desfavorables a la Administración achacándolos a «actos de terceros” (…) “Demoras en la recepción de materiales. A la vista del proyecto, el contratista debe programar sus adquisiciones en las condiciones y fechas de entrega precisas para poder, por su parte, cumplir las obligaciones contraídas, contando con los posibles incidentes perturbadores y cubriéndose de los riesgos que cualquier retraso pueda significar, ya que él será en definitiva, como se ha indicado, el que deberá asumir y soportar sus consecuencias”. Resultando que as devanditas demoras na subministración dos materiais non se comunican a esta Administración ata o 20 de agosto de 2015, a pesar de que os provedores informáronlle ó contratista que se retrasarían nestas entregas debido á parada por vacacións durante o mes de agosto, e que na propia solicitude de prórroga do contratista se sinala que as circunstancias que a motivan xurdiron “durante os últimos meses”. Considerando que, de acordo co artigo 100.2 RXLCAP, no caso de que o contratista non solicitase prórroga no prazo máximo de 15 días dende aquel no que se produza a causa do retraso, entenderase que renuncia o seu dereito, quedando facultada a Administración para conceder a prórroga que xulgue conveniente, con imposición, se procede, das penalidades correspondentes, a no ser que considere máis aconsellable a resolución do contrato. Considerando o informe do Servizo de Contratación, de 14 de setembro de 2015, que considera que se incumpriron os termos do contrato en canto o seu prazo de execución e que o contratista non solicitou a prórroga no prazo máximo establecido no RXLCAP e no PCAP, polo que pode entenderse que renunciou a este dereito, de conformidade co establecido no artigo 100 RXLCAP. Asemade, sinala que tendo en conta que este contrato trae a súa causa nun Convenio coa fundación INCYDE para a mellora da xestión empresarial na provincia de Pontevedra, e que conta cun financiamento do 80% con fondos FEDER, que podería perderse de non xustificarse a tempo a subvención, ademais do avanzado estado na execución destas obras, semella máis aconsellable para o interese público outorgar un prazo final para a súa execución ata o 30 de outubro de 2015 que proceder á resolución do contrato, sen prexuízo de que esta Administración poda reservarse o dereito a establecer as penalidades que procedan e a reclamar unha posible indemnización polos danos e perdas consecuencia deste retraso. Considerando o informe do Sr. Secretario Xeral, de 17 de setembro de 2015, que sinala que, sen prexuízo de que se incumpriron os prazos ó non solicitarse prórroga polo contratista, nembargante, tendo en conta razóns de interese público, estímase, de conformidade co informe do xefe do Servizo de 14 de setembro de 2015, outorgar un prazo para a súa finalización. Sen prexuízo do anterior, procede impoñer penalidades ó incumprirse as cláusulas do contrato. Considerando o informe do Servizo de Intervención, de 23 de setembro de 2015, segundo o cal dada a data na que nos atopamos, e que se podería perder o 80% do financiamento da obra de non xustificarse a tempo a subvención, semella máis razoable, por razóns de interese público, conforme se sinala no informe do Xefe do Servizo de Contratación, de data 14 de setembro de 2015, que se outorgue un prazo final ata o 30 de outubro que resolver o contrato. Asemade, entende que deben impoñerse penalidades ó contratista, á marxe da indemnizabilidade dos danos e perdas causados polos devanditos incumprimentos do contratista, xa que, asemade, a presente obra está financiada na súa maioría con fondos europeos, polo que haberá de ter en conta a posible esixencia de responsabilidades no caso de perda da subvención. Considerando que a disposición final segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, e o establecido na Base 16.2.a das Bases de Execución do vixente Orzamento provincial, onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización de gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidenta, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar polo procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. Á Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Outorgar á empresa COPCISA, S.A. (CIF: A-08190696) un prazo final para a execución da obra “Edificio para Viveiro de Empresas en Lalín” ata o 30 de outubro de 2015, entendendo que renunciou ó seu dereito a solicitar prórroga por exceder o prazo máximo establecido ó efecto no RXLCAP e no PCAP. Esta Administración reservase o dereito a impoñer á empresa as penalidades que procedan e a reclamarlle unha posible indemnización polos danos e perdas que poidan xurdir como consecuencia deste retraso. 4.23786.- PRÓRROGA DO CONTRATO DE SERVIZO DE ASESORAMENTO E COLABORACIÓN MATERIAL PARA QUE O ORAL DESENVOLVA AS FUNCIÓNS PÚBLICAS DE XESTIÓN CATASTRAL INCLUÍDAS NO CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA CATASTRAL COA DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO O Consello Reitor do ORAL da Deputación de Pontevedra acordou, en data 20 de abril de 2012, aprobar o expediente de contratación dun “servizo de asesoramento e colaboración material para que o ORAL- Deputación de Pontevedra desenvolva as funcións públicas de xestión catastral incluídas no convenio de colaboración en materia catastral, asinado o 13 de xuño de 2001 entre la Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra, así como a súa posible modificación e/ou ampliación” e autorizar o gasto por un importe máximo de 1.300.000 €, IVE non engadido, para os dous anos de duración do contrato, supeditado á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto en cada exercicio económico. A duración inicial do contrato estaba fixada en 2 anos que finalizaba, salvo prórroga expresa, o 9 de outubro de 2014. En data 3 de outubro de 2014, a Xunta de Goberno local acorda aprobar a primeira prórroga do contrato para os lotes 2, 3, 4 e 5, con efectos dende o 10 de outubro de 2014 ó 9 de outubro de 2015, ambos inclusive. O Xefe do Servizo de Xestión Catastral e Tributaria do IBI do ORAL , mediante escrito de data 9 de setembro de 2015, informa o seguinte: “O contrato de servizo de asesoramento e colaboración material para que a Deputación de Pontevedra-ORAL desenvolva as funcións públicas de Xestión Catastral incluídas no Convenio de Colaboración en materia catastral, asinado o 13 de xuño de 2001, entre a Secretaría do Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro), finaliza o próximo 09/10/2015. Para que os traballos auspiciados baixo o ámbito do Convenio continúen co seu desenvolvemento normalizado tal e como ven sucedendo ata o momento, enténdese necesaria a renovación dos lotes 2, 3, 4 e 5, manifestando as empresas para as cales se propón a renovación a súa conformidade. Esta proposta, implica a renovación do contrato entre as datas 10/10/2015 ó 09/10/2016, estimándose unha carga de traballo que con probabilidade vaise ver minorada durante o devandito período pola incidencia directa que o procedemento de regularización catastral desenvolto pola Dirección Xeral do Catastro ten sobre a actividade catastral en xeral (paralización do Convenio nos municipios regularizados, altas tramitadas dentro do procedemento, etc...), solicitándose unha asignación orzamentaria total precisa de aproximadamente 400.000€ (IVE engadido), para os lotes que se propón a renovación, que se asignarán a cada lote unha vez coñecida a cantidade exacta presupostada”. Dada conta do informe de fiscalización emitido pola Intervención en data 15 de setembro de 2015, no que se pon de manifesto que a aplicación 2015/932.9320.22707 “Traballos catastrais” conta con crédito suficiente para a anualidade de 2015 e que se dotará suficientemente para o ano 2016. Fundamentos de dereito: Primeiro.- O órgano de contratación que adxudicou o contrato foi o Consello Reitor do ORAL, nembargante dende que o ORAL se integrou na Deputación de Pontevedra (con efectos dende o 1 de xaneiro de 2013), o órgano competente para adxudicar, interpretar este contrato e resolver as dúbidas que ofreza é a Xunta de Goberno, en virtude da base 16ª.2) das bases de execución do orzamento da Deputación. Segundo.- Na cláusula 2ª.1) do prego de cláusulas administrativas particulares que rexeron a contratación figura que o orzamento máximo para o primeiro ano de duración do mesmo (con efectos dende o 10 de outubro de 2012 ó 9 de outubro de 2013) estaba cifrado en 650.000,00 € máis o IVE correspondente. Non obstante, dadas as características do contrato, en todo caso estará sometido ás necesidades obxecto do convenio de colaboración vixente e que se presenten durante cada exercicio, así como a la asignación orzamentaria máxima que se fixe anualmente, dependendo do número de concellos incluídos no Convenio e dos traballos que se realicen. Así mesmo indica que o reparto igualitario dos importes asignados a cada lote xustifícase na imposibilidade material de determinar o volume de traballo asociado a cada concello. Terceiro.- De conformidade co estipulado na cláusula 24ª do prego administrativo “o período de vixencia do contrato será de 2 anos, se ben, poderá prorrogarse por mutuo acordo das partes antes da finalización de aquel, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder de 4 anos”. Cuarto.- A cláusula 18ª do prego administrativo dispón que “Nos casos de prórroga, reasignación de cantidades con cargo á reserva existente, novas asignacións ó incrementar o número de municipios dalgún dos lotes, ou modificación do contrato, deberase readaptar a garantía definitiva achegada inicialmente.” Quinto.- A cláusula 28ª do prego administrativo “O prezo poderá revisarse en función da variación do IPC publicado polo INE e deberá ser solicitado polos adxudicatarios do contrato. A devandita solicitude producirá efectos a partir do mes seguinte a súa presentación, e tomarase como referencia o último IPC publicado. A revisión de prezos non poderá superar o 85% da variación experimentada polo IPC (art. 90.3 do TRLCSP) e será acordada polo órgano de contratación de forma expresa”. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Prorrogar o contrato do “servizo de consultaría e asistencia técnica relativas ó asesoramento, organización e determinados traballos para que polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra se desenvolvan as funcións públicas de xestión catastral consecuencia do convenio de colaboración en materia catastral, asinado o 13 de xuño de 2001, entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra, así como a súa posible modificación e/ou ampliación” para os lotes nº 2, nº 3, nº 4 e nº5 coas empresas: LOTES CONCELLOS QUE INTEGRAN CADA LOTE EMPRESA ADXUDICATARIA Lote 2 Cangas, A Estrada, Moaña, Mos, Pazos de Borbén, Pontecaldelas, Silleda, Soutomaior e Vilaboa Eibisa Norte, S.L. B-15.419.906 Lote 3 Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, O Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Oia, O Porriño, O Rosal, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e A Cañiza Longo Ansa y Asociados, S.L. CIF B-33.473.489 Lote 4 Catoira, Cerdedo, Cotobade, Cuntis, Agolada, Lalín, Ponteareas, Pontecesures, Rodeiro, Valga, Vila de Cruces, Dozón e Moraña Cartografía e Medicións S.L. B-15.459.670 Lote 5 Cambados, Meaño, Meis, Poio, Ribadumia e Sanxenxo Eibisa Norte, S.L. B-15.419.906 2.- O período de duración desta prórroga ten efectos dende o 10 de outubro de 2015 ó 9 de outubro de 2016, ambos inclusive. Finalizada esta prórroga, o contrato non é susceptible de máis prórrogas debendo, no caso de ser preciso, iniciar un novo procedemento. 3.- Non procede asignación de novas cantidades en tanto non se coñeza a cantidade exacta que se aplicará á aplicación “traballos catastrais” para o exercicio 2016, sendo suficiente ata ese momento o importe actualmente asignado ás empresas adxudicatarias do contrato. En relación as garantías definitivas, non procede o reaxuste das mesmas en tanto non se produzan novas asignacións. 5.23787.- PRÓRROGA DO CONTRATO PARA EXECUCIÓN DA OBRA “ADECUACIÓN DA Á NORDÉS DO PAZO PROVINCIAL” Resultando.- Que a Xunta de Goberno da Deputación na súa sesión ordinaria celebrada o día 10 de xaneiro de 2014 acordou adxudicar á empresa COPCISA, S.A., o contrato para a execución da obra “Adecuación da á nordés do Pazo Provincial”, cun prazo de execución de 6 meses. Resultando.- Que Solicitada licenza de obra ó Concello de Pontevedra, para a súa concesión este require unha serie de modificacións así como informe ó respecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia. Resultando.- Que solicitado informe preceptivo a Patrimonio, require igualmente unha serie de correccións no proxecto consistentes principalmente na eliminación de distintas partidas que poderían afectar ó sistema estrutural do Pazo Provincial. Resultando.- Que con tal fin, redáctase un novo proxecto da citada obra, recollendo as modificacións requiridas por ambas Administracións e denominado “Proxecto Refundido cos informes de Patrimonio e Concello de Pontevedra,da obra de adecuación da á noroeste do Pazo Provincial”. Resultando.- Que dito proxecto foi presentado para a súa supervisión na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, e informado pola Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra, na súa sesión do 20/01/2015, quen emitiu informe-proposta favorable sobre a adecuación da á nordés do Pazo provincial. Resultando.- Que posteriormente, é a vista dos informes técnicos, a Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra, na súa sesión do día 16/03/2015 acordou concederlle á empresa COPCISA, S.A., licenza urbanística para realizar as obras de adecuación da á noroeste do Pazo Provincial da Deputación con arranxo ó proxecto refundido redactado. Resultando.- Que dito proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 30/04/2015. Resultando.- Que a acta de comprobación de replanteo formalizouse o 27/04/2015 establecéndose nese intre como data para finalizar a obra o día 27/10/2015. Resultando.- Que con data 16/09/2015 tivo entrada nesta Deputación escrito do contratista no que solicita unha prórroga na execución da obra ata o día 21/12/2015, debido a unha serie de imprevistos durante a fase de demolición tales coma rede de pluviais insuficiente, conexións e conducións inservibles, tubaria de calefacción corroídas, gretas en tabiquería contigua a outras zonas etc. Resultando.- Que solicitado informe ó Servizo de Arquitectura, este emite o mesmo na data 18/09/2015 recollendo o seguinte: “...Se considera oportuno autorizar la ampliación del plazo de las mismas en 2 meses, a contar desde la fecha 27 de octubre, ya que el tiempo de ejecución de la obra se ha visto ralentizado por tratarse de obra de rehabilitación, en la que se han detectato incidencias en la fase de demolición, que han variado sensiblemente la realidad de la obra...” Considerando.- Que o artigo 100.1 do R.d. 1098/2001, recolle que a petición da prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días dende aquel no que se produza a causa orixinaria do retraso, alegando as razóns polas que estime non lle sexa imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, os efectos de que a Administración poida, oportunamente, e sempre antes da terminación do prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga do mesmo. Considerando.- Que o artigo 213.2 do TRLCSP relativo á prorroga dos contratos establece que: “...Si el retraso fuese producido por motivos no imputables al contratista y éste ofreciera cumplir sus compromisos dándole prórroga del tiempo que se le había señalado, se concederá por la Administración un plazo que será, por lo menos, igual al tiempo perdido, a no ser que el contratista pidiese otro menor...” Considerando.- Que tanto a xurisprudencia, a lexislación en materia de contratación e a lei de procedemento, recollen de forma análoga que a ampliación de prazos non poderá exceder do inicialmente concedido, pois se estaría a distorsionar a licitación. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha prórroga de 2 meses e ampliar o prazo de execución da obra “Adecuación da á nordés do Pazo Provincial”, establecéndose como data para finalizar a mesma o día 27/12/2015. 6.23788.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Ó ABEIRO DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL-SECCIÓN ACTIVIDADES 2015 (PAM/15), 7ª RELACIÓN En data 02/01/2015 publicáronse no BOP nº 1 as bases reguladoras do Programa de Acción Municipal – Sección de Actividades 2015 (PAM/15), que na súa base 8ª recolle os criterios de concesión das subvencións acollidas a este programa. Asemade, con data 30/12/2015 e rexistro de saída 2014037431, notificóuselle ós concellos incluídos na convocatoria as cantidades que con cargo a dito programa correspondíanlles ó abeiro da importe a repartir polo procedemento de concorrencia. En data 10/02/2015, data límite para a presentación de instancias, consta a entrada no rexistro da Deputación de varias solicitudes de subvención ó abeiro do PAM/15, e con cargo as cantidades asignadas a repartir polo procedemento de concorrencia. Emítese o presente informe en relación a concesión de subvencións para as actividades que se relacionan en anexo aparte (7ª Relación PAM/15); A relación das solicitudes que se xunta, nº 7 por importe de 7.884,06 €, comeza coa actividade nº 2015004085, “Actividades sociais-prevención da violencia de xénero 2015” do Concello da Illa de Arousa e finaliza coa nº2015005804, “VI Ciclo de Animación na rúa” do Concello de O Porriño. As solicitudes relacionadas presentáronse dentro do prazo previsto na convocatoria e acompañadas da documentación que se esixe na base 5ª. O importe do conxunto de solicitudes formuladas por cada concello non excede da cantidade asignada a cada concello polo procedemento de concorrencia. As solicitudes remitidas cumpren os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do PAM/15, participando que na adopción da decisión de asignación das cantidades a conceder polo sistema de concorrencia, tivéronse en conta os criterios de concesión establecidos na Base8ª. Fundamentos Xurídicos 1. Réxime Xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Programa de Acción Municipal - Sección Actividades para o exercicio 2015, publicadas no BOP nº 1 de 02/01/2015 (PAM/15).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2015. 2. Consideracións Xurídicas: 1.- Instrución do expediente:  Base reguladora 9ª do PAM/15, relativa á instrución e resolución, que indica que lle correspónde ó Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Asemade, establécese que procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. 2.- Petición e evacuación de informes:  Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma.  Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención.  Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2015, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar esta función.  Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención.  Base reguladora 9ª do PAM/15, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización do Servizo de Intervención. 3.- Resolución do expediente:  Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedente a través do órgano instrutor.  Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá el procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención.  Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios.  Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto.  Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do Orzamento provincial para o exercicio 2015 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención.  Base de execución 16ª do orzamento que sinala que a Presidencia delega na Xunta de Goberno a competencia para autorizar e comprometer os gastos relativos a subvencións.  Base reguladora 1ª do PAM/15 que define a tipoloxía das actividades que poden ser obxecto de subvención.  Bases reguladoras 5ª e 6ª do PAM/15 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Conclusións: Todas as solicitudes recollidas no anexo aparte (7ª Relación PAM/15), foron presentadas dentro do prazo recollido na base 6ª do PAM/15, 10/02/2015, e asemade axuntan a documentación precisa para a súa valoración taxada na base 5ª. En canto ó contido das actividades, adecúanse todas elas á tipoloxía establecida na base 1ª do PAM/15. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables e a súa motivación razoada, e a concorrencia dos requisitos necesarios, informo favorablemente os expedientes das actividades relacionados no anexo aparte (7ª relación PAM/15) e PROPOÑO que lles sexa concedida a subvención solicitada segundo os importes que figuran en dito anexo. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Por todo o exposto e a vista do informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A concesión de subvencións ós concellos e entidades da provincia, que figuran en anexo aparte (7ª relación PAM-2015) para as actividades que se relacionan no mesmo, por un importe total de sete mil oitocentos oitenta catro euros con seis céntimos (7.884,06 €) dentro do 80% da contía do programa reservada ó procedemento de concorrencia, todas elas con cargo ó Programa de Acción Municipal, Sección Actividades 2015, aplicacións 942.942.462.00; 942.231.462.00 (actividades de acción social), 942.334.462.00 (actividades culturais) e 942.341.462.00 (actividades deportivas) do vixente Orzamento provincial, con suxeición ás condicións seguintes: a) As subvención concédense para colaborar coa realización das devanditas actividades, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. b) Para o aboamento da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das actividades, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas no prazo de tres meses dende a súa finalización e, en todo caso, antes do 31 de marzo do 2016, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida.No caso de non poder presentar a xustificación na data establecida poderá solicitar unha ampliación do prazo, sempre que non exceda da metade deste, ademais de que non prexudique dereitos de terceiros, para o cal, a solicitude de prórroga deberá obrar na Deputación o 1 de marzo de 2016. d) Para xustificar a axuda deberá achegarse a seguinte documentación: 1. Anexo conta xustificativa, debidamente cumprimentado o impreso que se achega, onde relacionaranse todos os gastos necesarios para levar a cabo a actividade ata a totalidade e conforme o orzamento presentado. 2. Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas polo importe da subvención concedida, debendo ser coherente o gasto coa actividade subvencionada, e con data comprendida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2015. 3. Acordo do órgano competente aprobando as facturas, ou ben certificación acreditativa do acordo. 4. Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade da actividade, con expresa mención dos resultados obtidos, debidamente asinada polo representante. 5. Acreditación gráfica do cumprimento da obriga de difusión da actividade subvencionada facendo constar a colaboración da Deputación a través do servizo de Cooperación. 6. Certificación do secretario ou interventor (ou funcionario competente) acreditativa de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron á actividade subvencionada quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. Dita relación é como segue: 7ª RELACIÓN PAM/2015 Concello Expediente Cif/Nif Obxecto Orzamento Subvención A Illa de Arousa 2015004085 P8600004I Actividades Sociais-Prevención da Violencia de Xénero 2015 1.200,00 € 1.000,00 € A Illa de Arousa 2015004087 P8600004I Actividades Sociais-Prevención e Atención á Dependencia 2015 1.445,51 € 1.245,51 € A Illa de Arousa 2015004088 P8600004I Actividades Sociais-Prevención do Consumo de Drogas e outras Condutas Aditivas 2015 1.200,00 € 1.000,00 € O Porriño 2015005804 P3603900F VI Ciclo de Animación na Rúa 4.638,55 € 4.638,55 € TOTAL 7.884,06 € 7.23789.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES CULTURAIS (PROGRAMA A/15) A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 19 de decembro de 2014 aproba as bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2015, entre as que se atopa o programa A/15 “Actividades culturais” que vai dirixido ó financiamento de concursos literarios, periodísticos, festivais folclóricos, intercambios culturais, certames, exposicións, etc., e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 279.898,37 €, con cargo á aplicación 15/330.3340.789.00 do Orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de subvencións a 260 asociacións e entidades sen ánimo de lucro para actividades culturais (Programa A/15) e que se achegan na seguinte relación, excluíndo deste programa un total de 144 solicitudes por non cumprir coas bases establecidas e que se indican en relación aparte. Ditas subvencións son como seguen: RELACIÓN DE SOLICITUDES EXCLUÍDAS NO PROGRAMA A/15 ACTIVIDADES CULTURAIS XERAIS Concello Cód. Expte. DNI/CIF Terceiro Obxecto da Subvención Descripción do Estado Baiona 2015015835 G36950749 ASOC CENTRO SOCIAL Y CULTURAL DE BAIÑA Día do neno Non remitiron a documentación en prazo Baiona 2015025161 G36721637 ASOCIACION CORAL POLIFONICA BAIONA A RE Intercambio cultural coa Coral Hermano Gómez de Santiago Documentación incompleta Barro 2015031413 G36164960 ASOC JUVENIL A MUÑEIRA BARRO Intercambo cultural Solicitude fóra de prazo Barro 2015031408 G36107555 GRUPO DE DANZAS FOLCLORICAS AMOR RUIBAL-BARRO 22 festival de folclore Solicitude fóra de prazo Bueu 2015020852 G36341923 AGRUPAC.FOLCLORICA RETROUSO DE CELA XIV Festival Retrouso e Retro-Foliada Non remitiron a documentación en prazo Cambados 2015031216 G94082690 ASOCIACION CULTURAL DE EMBARCACIONES TRADICIONALES A TORRE II Regata de dornas a remos da Valvanera Non encaixa en bases Cangas 2015025369 G94021888 ASOC PROMOCION TURISTICA DO MORRAZO Festival Coral 2015 Documentación incompleta Cangas 2015016908 G36284057 ASOC CULTURAL CACAREXO DE CANGAS XXVI Xornadas culturais "Festa do Muíño" Documentación incompleta Cangas 2015025358 G94036100 ASOC CULTURAL FOLCLORICA TROMENTELO Gala musical Desistencia da solicitude Cangas 2015019647 G36461408 ASOC DE VECIÑOS FESTA DO CORPUS DO EIRADO DO SEÑAL Programa A/15: "Actividades culturais" Non remitiron a documentación en prazo Cangas 2015019861 G36315679 FUNDACION CASA-MUSEO DE CAMAÑO XESTIDO Exposición pintura: "Arte Floral 2015" Non remitiron a documentación en prazo Catoira 2015031211 G36282218 ATENEO VIKINGO Reparar galeon vikingo para romaria vikinga Non encaixa en bases Cerdedo 2015021480 G94045465 ASOCIACION CULTURAL DIVINO ECCE HOMO Y VIRGEN DE LOS DOLORES I Festa da xuventude de Cerdedo Documentación incompleta Coruña A 2015021265 G70251590 ASOCIACION DE MUJERES PROFESIONALES Y AUTÓNOMAS DE GALICIA Salón da Muller (FEMINALIA) en Vigo Non encaixa en bases Coruña A 2015031254 Q2867009I COLEGIO DE INGENIEROS DE CAMINOS CANALES Y PUERTOS Encontros da enxeñaría de cAmiños, canais e portos Non encaixa en bases Coruña A 2015019865 G15552987 LIGA REUMATOLOGICA GALLEGA LOITA CONTRA O REUMATISMO LIGAFLASH "Máis alá dunha imaxe" Non remitiron a documentación en prazo Estrada, A 2015021700 G94005444 ASOC GALEGA DAS ARTES I Certame de pintura e fotografía Olladas de Pontevedra Documentación incompleta Estrada, A 2015025964 G36463362 ASOC PARA O ESPARCIMENTO E DESENROLO DAS MMRR DE MATALOBOS EDEM programa A/15: Activdades culturais Documentación incompleta Estrada, A 2015025404 G36294791 ASOC VECINOS SANTA EULALIA DE MATALOBOS Xornadas culturais Documentación incompleta Estrada, A 2015030981 G36348431 ASOCIACIÓN EDUCATIVA ELFOS Comparsa de entroido Non encaixa en bases Estrada, A 2015030453 G36216406 FUNDACION CULTURAL A ESTRADA Participacion na 60 edicion do festival folclorico do almendro en flor - Sicilia Desistencia da solicitude Fornelos de Montes 2015031259 G94047685 ASOC VECIÑAL CULT. E DEPORT.S.ADRIAN CAL Libro sobre a historia de calvos Non encaixa en bases Gondomar 2015018220 G36650059 ASOC DE VECINOS GALIÑEIRO DE VINCIOS GONDOMAR Concerto homenaxe ó Real Coro Toxos e Froles Desistencia da solicitude Gondomar 2015031062 G36960664 ASOC DE VECINOS SANTA EULALIA DE DONAS Festas folclóricas 2015 Non encaixa en bases Grove, O 2015010340 G94022217 ASOC. CULTURAL A FIGHEIRA DO MECO VI Festival A Figheira do Meco Documentación incompleta Grove, O 2015031416 G36274843 ASOC CULTURAL ROZA DO PEDROL-O GROVE VII Romaria festa da malla Solicitude fóra de prazo Grove, O 2015031201 G36316685 PINEIRONS Realización da unidade didáctica: Os piornos da illa de Ons Non encaixa en bases Guarda, A 2015024887 G94060845 A VECIÑ CULT E DEPORTIVA O CANCELON Desfile folklórico Documentación incompleta Guarda, A 2015022807 G36588622 ASOC MULLERES-CAMIÑA CON NOS-LA GUARDIA Homenaxe a Xosé Carlos Gómez Alfaro Documentación incompleta Guarda, A 2015024652 G94013927 ASOC.INSTITUTO DA FOTOGRAFIA IMAXE E DO programa A/15:"actividades culturais" Documentación incompleta Illa de Arousa, A 2015019850 G36484392 AS CUL DE E PRO ACTIV XUVENIS FASQUIA Xornadas culturais de divulgación do noso patrimonio marítimo Documentación incompleta Lalín 2015025192 G94052982 ASOC MAISQUEDANZA Intercambio cultural Non remitiron a documentación en prazo Lalín 2015032584 G36029965 NOVA BANDA DE MUSICA DE VILATUXE II Semana musical de Vilatuxe - Lalín Solicitude fóra de prazo Marín 2015021218 G36036432 ASOC ARTISTICO CULTURAL OS CHANEIROS Memorial Antonio Fernández 2015 Documentación incompleta Marín 2015021434 G36558237 ASOC CULTURAL ORQUESTRA FILHARMONICA CID Concerto de Cámara 2015 Documentación incompleta Meaño 2015020492 G36056349 ASOC DE VECINOS SANTA LUCIA DE DENA X Festival de folclore e canción galega Documentación incompleta Meis 2015020573 G36197093 ASOC CULTURAL A VERTULA VI Festival de Bandas de Música de Paradela Non remitiron a documentación en prazo Meis 2015020563 G36496941 ASOC CULTURAL CABEMEIS VIII Feira Labrega Non remitiron a documentación en prazo Moaña 2015029943 G36443653 ASOC VOLUNTARIADO DE ALCOHOLICOS REHABI VIII Certame de corais Documentación incompleta Moaña 2015014215 G36056893 GRUPO DE TEATRO AURIN MOAÑA XIX Mostra de teatro do Ensino Secundario do Morrazo Documentación incompleta Mondariz - Balneario 2015026572 G94065000 TESOUROS DE GALICIA difusión de actividades culturais para a valorización internacional do patrimonio cultural Non encaixa en bases Moraña 2015021518 G94081809 ASOCIACION MUSICAL CULTURAL TIRANTE Festival Barosa Líquida Documentación incompleta Mos 2015020621 G36027316 ASOC CULTURAL SAN MARTIN DE TAMEIGA DE MOS II Festa do neno Documentación incompleta Mos 2015020865 G36352318 ASOC CULTURAL TANGARAÑO - MOS Gala baile e música tradicional "O Son do Tangaraño" Documentación incompleta Mos 2015030630 G27775014 ASOCIACIÓN VICUS TEATRO Representación teatral Non encaixa en bases Mos 2015011238 G36028827 CENTRO RECREATIVO Y CULTURAL DE TORROSO MOS Intercambo Cultural Non encaixa en bases Neves, As 2015031460 G36060341 ASOC. ESCUELA FAMILIAR AGRARIA A CANCELA AS NEVES Celebración de la semana gastro-cultural Solicitude fóra de prazo Nigrán 2015025233 G36793388 ASOC A CAMOESA Semana Cultural Desistencia da solicitude Nigrán 2015023482 G36730562 ASOC. DE VECINOS DE MONTEFERRO PARROQUIA DE PANXÓN Programa A/15: "Actividades culturais" Documentación incompleta Oia 2015024904 G36361996 ASOC CULTURAL AMIGOS DO MOSTEIRO DE OIA II Sons do Mosteiro Documentación incompleta Oia 2015031028 G94009545 ASOC CULTURAL VECINAL VIRGEN DEL ROSARI Concerto de bandas - comida Non encaixa en bases Oia 2015024907 G36298123 GRUPO FOLKLORICO A FIADA I Festival Folclórico Internacional de Viladesuso Documentación incompleta Pazos de Borbén 2015031251 G94038890 ASOCIACION CULTURAL NESPEREIRA Actividades culturais e infraestrutura Non encaixa en bases Poio 2015031113 V36231322 CORAL DE POYO Celebrar Santa Escolástica Non encaixa en bases Ponte Caldelas 2015014444 G94013836 ASOC CULTURAL SOLIDARIA ENTRE NOS Recreación da Batalla de Ponte Caldelas na Guerra da Independencia Documentación incompleta Ponte Caldelas 2015014645 G94109469 ASOCIACION AIRIÑOS DA FRACHA Serán de música popular Documentación incompleta Ponteareas 2015018082 G94109071 ASOC. CULTURAL PONTEAREAS BAILA Programa A/15: Actividades culturais Non encaixa en bases Ponteareas 2015025688 G36288157 ASOC CULTURAL RECREATIVA Y DEPORTIVA SAN MARTIN DE MOREIRA Mes cultural 2015 Documentación incompleta Ponteareas 2015025527 G94064367 ASOC. FESTIVAL DAS BRETEMAS Festival das Brétemas Documentación incompleta Ponteareas 2015025999 G94039914 CASA CULTURAL DE ARCOS Día das letras galegas Documentación incompleta Ponteareas 2015025506 V36015782 CENTRO ARTISTICO SPORTIVO Programa A/15: Actividades culturais 2015 Documentación incompleta Pontecesures 2015020860 G36328441 ASOC. AMAS DE CASA E CULTURAL “A BARCAROLA” Festival de Panxoliñas en Pontecesures Documentación incompleta Pontevedra 2015031469 G94095965 AS. CULT. GALICIA HISTORICA Estudio para a realización da exposición itinerante: Pedro Madruga un personaxe feudal de Solicitude fóra de prazo Pontevedra 2015019674 G94041258 ASOC. CULTURAL E DE FOMENTO DA INVESTIGACION JULIAN MALVAR Seminario: Castelao, Deputado Galeguista na II República Documentación incompleta Pontevedra 2015031222 G94081064 ASOC. DE RECICLAXE OTI-UPC Escola de batucada olodum do coio Non encaixa en bases Pontevedra 2015014088 G36011278 ASOC EMPRES MEDIANA PEQUEÑA EMPR PONTEV IV Edición do salón da educación e formación de Galicia 2015 (EDUGAL) Non remitiron a documentación en prazo Pontevedra 2015030744 G94038015 ASOC RECR.CULTURAL E DEPORTIVA DAJALCA E Recuperación dos oficios antigos Non encaixa en bases Pontevedra 2015031466 G37045655 ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE ENTOMOLOGÍA Impresión de libro de axtas das XXXII jornadas de la AeE Solicitude fóra de prazo Pontevedra 2015031265 G27799832 Asociación Leer para Pensar Talleres clubes de lectura Non encaixa en bases Pontevedra 2015014156 G94087160 MY ART PROJECT As tres caras de Eva Non remitiron a documentación en prazo Pontevedra 2015031102 G36109130 SOCIEDAD MUSICAL DE PONTEVEDRA Curso de composición de música para banda Non encaixa en bases Pontevedra 2015031095 G94095478 WE ARE APS FESTIVAL DE PUBLICIDAD Transmisión de cultura publicitaria a traves de charlas fomativas Non encaixa en bases Porriño, O 2015031114 G36026961 CIRCULO RECREATIVO CULTURAL DE PORRIÑO Obradoiro escritura creativa para nenos e adultos Non encaixa en bases Portas 2015031191 G36028058 CENTRO CULTURAL CANDELAS DE LANTAÑO Equipo de son e proxector Non encaixa en bases Redondela 2015021257 G36951275 ASOC DE PERCUSIONISTAS E TAMBORILEIROS A Festa XI Aniversario APERTA 2015 Documentación incompleta Redondela 2015021698 G36058253 ASOC DE VECINOS DE SAN ESTEBAN DE NEGROS REDONDELA Celebración da semana cultural galega 2015 Documentación incompleta Redondela 2015020360 G94066784 ASOC. FESTA DA MAZAN Certame de corais Documentación incompleta Redondela 2015020620 G94026150 ASOC FOLC. MUSICAL C.D.R. DA 3ª IDADE O CARBALLO DAS CEN POLAS XIII Festival internacional folclore Documentación incompleta Redondela 2015030643 G36289064 ASOC NAIS PAIS PERSOAS NEC ESP ANDAINA Gala entrega de premios Andaina 2015 Non encaixa en bases Redondela 2015020619 V36405777 CENTRO S.C.R.D. TERCEIRA IDADE DE VILAR DE INFESTA Programa A/15: actividades culturais Documentación incompleta Redondela 2015015454 G36015451 CIRCULO CULTURAL RECREATIVO DE CHAPELA V Festival de corais de cancións habaneiras e música mariñeira Non remitiron a documentación en prazo Redondela 2015019503 F94038502 TRESPES S. COOP. GALEGA Exposición: "Redondela de Músicas" Documentación incompleta Ribadumia 2015028562 G36446540 ASOC. CULTURAL E DEP. TERRA DO SALNES Festival de Teatro Carballo Follas de Ouro Documentación incompleta Rodeiro 2015015010 G36290542 ASOC CULTURAL SANTA BAIA DE CAMBA Xuntanza corais Non remitiron a documentación en prazo Salceda de Caselas 2015026199 G36123313 AMIGOS DE LA MUSICA-SALCEDA DE CASELAS Programa A/15:"actividades culturais" Documentación incompleta Salceda de Caselas 2015025220 G36311439 ASOC CULTURAL O RUBAL DA PICOÑA XXI Ciclo cultural A Picoña 2015 Documentación incompleta Salceda de Caselas 2015025500 G94011780 ASOC. SOCIO CULTURAL TRANSFRONTERIZA FAMILIAS N. MOITOS FILLOS-TUI Programa A/15: Actividades culturais Documentación incompleta Salceda de Caselas 2015025081 G94072436 ASOCIACION XUVENIL DEPORTIVA E CULTURAL MADE IN SALCEDA VI Festa Hip Hop 2015 Documentación incompleta Santiago 2015030991 G36480598 ASOC CONSERV MUSICA FOLQUE LALIN Actividades divulgacion patrimonio cultural pontevedrés Non encaixa en bases Sanxenxo 2015031103 G94063310 ASOCIACION LUDICA E CULTURAL O CUBREIRO Organizacion VII mundial de colchonetas de Sanxenxo Non encaixa en bases Sanxenxo 2015021699 G36051357 CORAL POLIFONICA DE SANTA MARIA ADIGNA DE PORTONOVO Intercambio cultural Documentación incompleta Silleda 2015031423 G94013950 ASOC CULTURAL O SON DA FERVENZA V Romaría da fervenza de Escuadro Solicitude fóra de prazo Tomiño 2015021471 G36299840 ASOC DE VECIÑOS OS MEDOS TOMIÑO Encontro cultural - Serán Documentación incompleta Tomiño 2015031421 G36358711 A.V.Y CUTURAL S.VICENTE DE BARRANTES IV Festival Barrantesfolk Solicitude fóra de prazo Tomiño 2015031244 V36259299 COMISIÓN DE FESTAS DO CARNAVAL DE GOIAN Obradoiro carretillas, bombos e actuación folclórica Non encaixa en bases Tui 2015031396 G36056588 ASOC CULTURAL SANTA COLUMBA DE RIBADELOURO TUY Actividades culturales Solicitude fóra de prazo Tui 2015025503 G36053965 ASOC CULTURAL VAL DE FLORES TUY Festival popular de grupos folk en Baldráns Documentación incompleta Tui 2015026165 G94076437 ASOC XUVENTUDES MUSICAIS DE TUI IKFEM - Internacional Keyboard Festival Masterclass Eurocity Tui-Valença Documentación incompleta Tui 2015018576 G36174746 ASOCIACION O PELOURO AXEITO VII Festival Integrarte 2015 Documentación incompleta Tui 2015026006 G27796879 ASOCIACION SONDELEITE Programa A/15: actividades culturais Documentación incompleta Valga 2015030637 G36105724 ASOC. VV. CULTURAL E DEPORTIVA DE CORDEIRO XXIII Festa de empanada de millo do pais Non encaixa en bases Vigo 2015021038 G36828481 AGRUPACION CULTURAL GALICIA SOCIAL I Festival de Primavera Documentación incompleta Vigo 2015021436 G27806728 APEDRADEAUGAS Serán da Carballeira da Guía Documentación incompleta Vigo 2015031080 G27806728 APEDRADEAUGAS Semana de cine de veran Non encaixa en bases Vigo 2015020388 G36806693 ASOC. ABOAL Musical Solidario Documentación incompleta Vigo 2015015209 G27767300 ASOC ABRIENDO CAMINOS V festival de artes solidarias Documentación incompleta Vigo 2015019770 G27813351 ASOC. ARTISTICA Y CULTURAL PARA LA PROMOCIÓN DE LA DANZA Y OTRAS ARTES ESCENICAS COREOMAGAZINE Encontro internacional de danza urbana "Vikul" Documentación incompleta Vigo 2015025242 G36425072 ASOC CULTURAL BANDA DE GAITAS DE MOS Concerto XXV Aniversario BG Ledicia Documentación incompleta Vigo 2015020547 G36881530 ASOC. CULTURAL COMISION DE FESTAS DA BARRIADA DE SAN PAIO DE NAVIA Xuntanza homenaxe ás persoas maiores de Navia 2015 Non remitiron a documentación en prazo Vigo 2015016844 G36973840 ASOC CULTURAL E VECIÑAL PEDRA MOURA Programa A/15: actividades culturais Documentación incompleta Vigo 2015021411 G27750819 ASOC CULTURAL FOLCLORICA TARAMBAINAS 10º Serán das Tarambainas Non remitiron a documentación en prazo Vigo 2015026513 G27767920 ASOC CULTURAL,VECIÑAL, DEPORTIVA E DE TEM Festival de música tradicional Desistencia da solicitude Vigo 2015019335 G36648293 ASOC DE VECINOS DE EL CALVARIO Festa da alegría do Calvario Non encaixa en bases Vigo 2015031112 G36648293 ASOC DE VECINOS DE EL CALVARIO Curso de informatica Non encaixa en bases Vigo 2015016920 G36654036 ASOC DE VECINOS DE SAN PEDRO DE MATAMA LA UNION Festa dos maiores de Matamá Documentación incompleta Vigo 2015021445 G27771195 ASOC. DE VECINOS NOVO VIGO 3ª Edición do festival multicultural "Navia Parque D'arte Non remitiron a documentación en prazo Vigo 2015031398 G36632081 ASOC DE VECIÑOS DE BEADE (AVCU-CSCR) Equipo de son e imaxe Solicitude fóra de prazo Vigo 2015031105 G36621456 ASOC DE VIUDAS MEU LAR 42 Congreso regional de viudas en Ferrol Non encaixa en bases Vigo 2015031242 G36846822 ASOC FIBROMIALGICA DE PONTEVEDRA Musicoterapia terapéutica Non encaixa en bases Vigo 2015031463 G36950384 ASOC FOLCLORICA CULTURAL FROLES NOVAS Participación da agrupación folclórica cultural Froles Novas no XX Ème festival internacional Solicitude fóra de prazo Vigo 2015026590 G36838514 ASOC FONTENOVA Intercambio cultural entre a mocidade Documentación incompleta Vigo 2015014757 G36938272 ASOC NIÑOS CON HIPERACTIVIDAD Y DEFICIT ATENCION Actividades culturais Documentación incompleta Vigo 2015021433 G27718907 ASOC. NOS MESMAS I Certame literario xuvenil "Marcela e Elisa" Documentación incompleta Vigo 2015031403 G36648608 ASOC VECIÑAL DE CONSUMIDORES E USUARIOS Viaxe actuación en Béjar coa sua coral Solicitude fóra de prazo Vigo 2015031400 G36648608 ASOC VECIÑAL DE CONSUMIDORES E USUARIOS Vinte aniversario da coral Solicitude fóra de prazo Vigo 2015015862 G27794460 ASOCIACION DENDE CULTURAL Evento Capoeira "I Batizado ABADÁ - Capoeira, Vigo - Moaña" Non encaixa en bases Vigo 2015020458 G27813328 ASOCIACION ORFEON VICUS AD LIBITUM programa A/15: actividades culturais Documentación incompleta Vigo 2015019324 G ASOCIACIÓN SINERGIAS 360 Proyecto cultural: "The Fest P-Sounds" Documentación incompleta Vigo 2015031239 G27787399 FUNDACIÓN ESCOLA ROSALÍA Construción esponxa Menger Non encaixa en bases Vigo 2015014241 G28423275 FUNDACIÓN UNIVERSITARIA SAN PABLO - CEU II Xornadas de literatura infantil e xuvenil Documentación incompleta Vigo 2015031045 G27800390 KOSMONAUT ASOC CULTURAL EDITORIAL Programa Inter Rock Non encaixa en bases Vigo 2015031048 G27800390 KOSMONAUT ASOC CULTURAL EDITORIAL Feira do disco independente de Vigo Non encaixa en bases Vigo 2015022786 G27800390 KOSMONAUT ASOC CULTURAL EDITORIAL Kosmonaut Metal & Rock Prog Fest Documentación incompleta Vigo 2015025453 G36631703 SOCIEDAD CULTURAL R.D. NAUTILIUS S.ANDRES COMESAÑA Festival Folclórico Comesaña Documentación incompleta Vigo 2015031260 G36620854 SOCIEDAD CULTURAL Y DEPORTIVA ATLANTIDA DE MATAMA Comparsa de entroido 2015 Non encaixa en bases Vigo 2015021435 G36633022 SOCIEDAD PARA EL DESARROLLO DE IDEAS Y TECNICAS PARA MINUSVALIDOS FISICOS DE VIGO Estudo de accesibilidade cultural na Ensenada de San Simón Documentación incompleta Vigo 2015024658 G36639110 UNION MUSICAL DE VALLADARES DE VIGO Concerto na comunidade de Castela-León Non remitiron a documentación en prazo Vila de Cruces 2015031443 G36362408 ASOC CULTURAL SAN SALVADOR DE CAMANZO Festival coral de nadal de Camanzo Solicitude fóra de prazo Vila de Cruces 2015025381 G36502839 ASOC DE VECIÑOS MINAS DA BREA Programa A/15: Actividades Culturais Documentación incompleta Vila de Cruces 2015030995 G36502839 ASOC DE VECIÑOS MINAS DA BREA Divulgar a gastronomía internacional Non encaixa en bases Vila de Cruces 2015031023 G36243764 FUNDACION CASA MUSEO A SOLAINA DE PILOÑO Programa de pintura Non encaixa en bases Vilagarcía de Arousa 2015031414 V36256048 CENTRO COMERCIAL ABERTO VILAGARCIA ZONA ABERTA Exposición do comercio na rúa Solicitude fóra de prazo Vilanova de Arousa 2015026161 G36334399 ASOC CULTURAL AMIGOS DE VALLE INCLAN Presentación revistas "Cuadrante" na Real Academia de España en Roma Non encaixa en bases Vilanova de Arousa 2015024581 G94116043 ASOCIACION CULTURAL CAMIÑOS HISTORICOS DO SALNES Actividades culturais Documentación incompleta 8.23790.- APROBACIÓN DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA COMPLEMENTARIA Ó PLAN DE COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS PARA A AMPLIACIÓN DA SUBVENCIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF) 2015 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 6 de febreiro de 2015 aprobou as bases reguladoras do Plan de cofinanciamento dos Servizos sociais comunitarios municipais para o exercicio 2015, co obxecto de apoiar as corporacións locais da provincia de Pontevedra que prestan servizos sociais comunitarios municipais. Este apoio consiste prioritariamente no financiamento dos servizos de axuda a domicilio básico os concellos de menos de 20.000 habitantes, así como o financiamento a ditos concellos para a contratación de persoal técnico dos equipos municipais. Estas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 30 de data, 13 de febreiro de 2015. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 8 de maio de 2015 aprobou as bases complementarias o Plan de cofinanciamento dos Servizos sociais comunitarios municipais para a ampliación da subvención dos servizos de axuda no fogar (SAF) para o exercicio 2015, co obxecto de regular a posibilidade de incremento da subvención para o módulo de servizo de axuda no fogar, atendendo á diferenza entre a contía publicada nos módulos de SAF do Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para o exercicio 2015 e a estipulada no anexo III do Decreto 99/2012 correspondente á asignación de incrementos de financiamento no servizo de axuda no fogar, prestación básica en réxime de acceso por libre concorrencia. Estas bases complementarias foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 91 de data, 15 de maio de 2015. A Deputación de Pontevedra está interesada en aprobar unhas bases complementarias para regular a posibilidade de incrementar a subvención para o módulo do SAF do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para o exercicio 2015, aprobada pola Xunta de Goberno. Resultando que con data 15 de setembro de 2015 o Sr. Secretario informa favorablemente a Convocatoria Extraordinaria Complementaria ó Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais, para a Ampliación da Subvención do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) 2015. Resultando que con data 29 de setembro de 2015 a Xefa do Servizo de Fiscalización emite informe favorable sobre a tramitación do expediente para aprobación das citadas bases, e deixa constancia da existencia de crédito dispoñible por importe de 125.000,00 € para facer fronte ó gasto con cargo a aplicación orzamentaria 15/232.2313.462.00. Considerando que o órgano competente para aprobación da Convocatoria Extraordinaria Complementaria ó Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais, para a Ampliación da Subvención do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) 2015, e a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado nas bases de execución do vixente Orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a Convocatoria Extraordinaria Complementaria ó Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais, para a Ampliación da Subvención do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) 2015, que quedan redactadas da seguinte forma: “CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA COMPLEMENTARIA Ó PLAN DE COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS PARA A AMPLIACIÓN DA SUBVENCIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF) 2015 Primeira. Denominación e aplicación orzamentaria: Esta convocatoria preséntase como unha liña de subvencións complementarias e extraordinarias ó “Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para o exercicio 2015”, (BOPPO núm. 30, de 13 de febreiro de 2015), elaborado ó abeiro do Decreto 99/2012, de 16 de marzo (modificado polo Decreto 148/2014, de 6 de novembro) que regula os servizos sociais comunitarios e o seu cofinanciamento, e que no seu artigo 31 establece que as deputacións lles proporcionarán asistencia económica, técnica e xurídica ós concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos comunitarios municipais. Ademais, complementa a ampliación da subvención do servizo de axuda no fogar (SAF) 2015 aprobada pola Xunta de Goberno desta institución provincial na súa sesión ordinaria do 8 de maio de 2015 (BOPPO núm. 91, de 15 de maio de 2015). Esta liña de subvención extraordinaria, financiarase no ano 2015 coa achega prevista de 125.000,00 € da aplicación orzamentaria 15/232.2313.462.00 do Orzamento desta Deputación. Segunda. Finalidade e obxecto: É finalidade deste organismo provincial regular, a través destas bases, a posibilidade de incrementar a concesión de subvencións para o módulo do servizo de axuda no fogar, atendendo ós criterios de determinación de posibles variacións de financiamento para gastos correntes establecidos no artigo 48 do Decreto 99/2012 de 16 de marzo (modificado polo Decreto 148/2014, de 6 de novembro), que regula os servizos sociais comunitarios e o seu cofinanciamento. Ante a existencia de orzamento suficiente e da avaliación efectuada, valórase adecuado reforzar, durante o ano 2015, o SAF, como servizo público, de carácter local que, como determina o artigo 3º da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, consiste en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no seu propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a súa permanencia no seu medio habitual. Terceira. Destinatarios: Servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra. Os incrementos que sexan aprobados nesta convocatoria non se integrarán no Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais do 2016, entendendo que esta convocatoria se asenta na petición de ampliación do servizo de axuda no fogar en concellos da provincia de Pontevedra, cun alto grao de demanda ou dificultades de financiamento neste exercicio 2015. Cuarta. Programas a financiar: Serán obxecto de subvención os gastos de retribucións brutas e de Seguridade Social do persoal auxiliar do servizo de axuda no fogar así como o gasto de material directamente vinculado ó programa (luvas, batas, pixamas e zocas), sen prexuízo de que sexa xestionado directa ou indirectamente mediante algunha das formas previstas na lexislación de contratos do sector público. Para aqueles concellos que non o xestionen directamente, senón mediante algunha das formas previstas na lexislación de contratos do sector público, as empresas adxudicatarias deberán necesariamente cumprir co convenio colectivo galego para a actividade de axuda no fogar vixente. Para estes efectos, considérase SAF básico aquel no que as persoas usuarias accedan ó servizo en réxime de libre concorrencia e que non gocen del a través do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia (SAAD). Quinta. Contía das axudas: O importe da transferencia ós concellos e corporacións locais determinarase establecendo unha contía máxima de 2.358,49 € a cada un dos 53 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra. En caso de que co número de solicitudes existentes non se cubrisen as cantidades máximas ofertadas, a subvención repartiríase equitativamente entre todos os solicitantes ata, como máximo, a contía solicitada reflectida no formulario de solicitude. Sexta. Documentación, forma e prazos da solicitude de adhesión: O modelo de formulario para a solicitude desta convocatoria estará a disposición das entidades beneficiarias na páxina web www.depo.es. As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación ou en calquera das oficinas de rexistro da institución provincial que se detallan na seguinte táboa: Denominación Enderezo Horario Rexistro xeral Pazo da Deputación Provincial Avda. de Montero Ríos, s/n, Pontevedra De luns a venres, de 8:30 a 14:30 h e de 17 a 19 h; sábados, de 9 a 13 h Rexistro da Sede de Vigo Rúa Oporto, núm. 3 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Pontevedra Avda. de Marín, núm. 9, baixo De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Arbo Rúa Luís Cubelas, núm. 2 Mércores, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Bueu Rúa Eduardo Vicenti, núm. 8 Luns e xoves, de 8:30 a 14:30 h Rexistro do ORAL en Caldas de Reis Rúa José Salgado, núm. 19 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Cambados Rúa Ourense, núm. 8 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Cangas Rúa Castelao, s/n, edificio do concello De luns a venres, de 8:30 a 14:30h Rexistro do ORAL na Cañiza Rúa Progreso, edificio dos xulgados Martes e xoves, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Covelo Pza. do Mestre Cerviño, núm. 2 Luns, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Crecente Rúa Solís Ruiz, núm. 5 Venres, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL na comarca de Deza Pza. de Galicia, núm. 1, edificio Castro Tecnolóxico, Lalín De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL na comarca do Val Miñor Rúa Damas Apostólicas, núm. 1, Nigrán De luns a venres, de 8:30 a 14:30h Rexistro do ORAL na Estrada Avda. Benito Vigo, núm. 47, baixo De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Moaña Rúa Almansa, núm. 7 De luns a venres, de 8:30 a 14:30h Rexistro do ORAL nas Neves Praza da Cristiandade, núm. 1 Venres, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Ponteareas Rúa Daniel Ojea, baixo De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Ponte Caldelas Avda. de Galicia, núm. 17, edificio do concello Venres, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL no Porriño Rúa O Pinar, núm. 5 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL no Rosal Praza do Calvario, núm. 1, edificio do concello Martes e xoves, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Sanxenxo Rúa Carlos Casas, núm. 8 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Tomiño Praza do Seixo, s/n Primeiro e último mércores de mes, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Tui Rúa Coruña, núm. 26 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Vilanova de Arousa Rúa Cruceiro, núm. 26 De luns a venres, de 9 a 14 h Tamén poderán entregarse a través de calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO). A entidade solicitante consinte ó adherirse a este Plan que os datos deste expediente queden incorporados ós ficheiros informáticos do organismo provincial. Os datos persoais recollidos serán incorporados e tratados en ficheiros cuxa finalidade é conter os datos das persoas que participan nos programas financiados, inscritos na Axencia Española de Protección de Datos. Estes poderán ser incluídos na páxina web. Sétima. Compromisos: A entidade local comprométese a realizar as actuacións necesarias para desenvolver o obxectivo do Plan co incremento solicitado para o SAF e a completar coa súa achega económica o módulo obxecto de financiamento. O Concello comprométese a publicitar a achega da Deputación e a facer constar sempre o cofinanciamento desta en todas as comunicacións polas que se dea a coñecer a realización das actividades, ben sexa por medios escritos, radiofónicos, audiovisuais ou por internet. Coa memoria e a conta xustificativa a entidade beneficiaria achegará documentos que acrediten o cumprimento desta obriga. A entidade comprométese a proporcionarlle ó persoal contratado para o servizo de axuda no fogar (sexa persoal propio ou por contratación de empresa) as tarxetas identificativas do servizo subvencionado. Estas tarxetas serán facilitadas pola Consellería de Traballo e Benestar e reflectirán, entre outras e xunto coa identificación do posto de traballo, a imaxe corporativa da institución provincial. O persoal deberá levalas consigo cando estea realizando a actividade obxecto da subvención. Oitava. Tramitación das achegas, pagamento e xustificación: Estas axudas aboaránselles directamente ós concellos, despois de seren aprobadas na Xunta de Goberno. Procederase ó pagamento anticipado do 35 % da axuda provincial despois de comprobar de oficio que a entidade receptora cumpre as obrigas tributarias co organismo provincial. Así mesmo, comprobarase que a entidade receptora non ten ningún anticipo pendente de xustificación do Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais do exercicio 2014. O cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación comprobarao de oficio a propia institución. Todos os modelos de formularios para a xustificación desta convocatoria estarán a disposición das entidades beneficiarias na páxina web www.depo.es. A Deputación librará o 65 % restante tras a xustificación da completa execución do programa, atendendo á documentación solicitada no Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para o exercicio 2015 (BOPPO núm. 30, de 13 de febreiro de 2015). O prazo de presentación da documentación xustificativa rematará o 27 de febreiro de 2016. Excepcionalmente poderase solicitar unha prórroga antes do remate do mes de xaneiro de 2016, logo de seren valoradas favorablemente polo Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego e o Servizo de Intervención as causas excepcionais que motiven a devandita solicitude, poderá concederse unha prórroga para a xustificación ata, como máximo, o 31 de marzo de 2016. Se non se achega a xustificación dentro de prazo (inicial ou prorrogado) requiriráselle á entidade beneficiaria a súa presentación no prazo improrrogable de 15 días. A falta de xustificación neste prazo excepcional levará aparellada a perda da referida achega. Á vista da documentación xustificativa presentada, e despois dos informes previos do Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego e do Servizo de Intervención, o órgano competente valorará o cumprimento das actividades subvencionadas e, se a documentación é correcta, procederase á aprobación da xustificación e ó pago do importe restante da achega provincial. No momento en que se efectúen os pagamentos a entidade local deberá estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Deputación. No caso de que a contía xustificada sexa inferior ó importe a xustificar, reducirase a achega provincial total do 2015 no importe proporcional correspondente. Novena. Vixencia: Esta convocatoria terá vixencia para as actividades realizadas do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2015. As sucesivas convocatorias de carácter extraordinario estarán condicionadas á existencia de crédito adecuado e suficiente. Decima. Réxime xurídico, responsabilidade e réxime sancionador das achegas económicas previstas neste plan: Esta convocatoria rexerase polo establecido nestas bases, sendo as normas da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS), de aplicación supletoria, e tamén as Bases de execución dos orzamentos da institución provincial para o ano 2015. As entidades beneficiarias das achegas quedarán sometidas ó establecido no Código Penal (Lei orgánica 10/1995, de 23 de novembro), ás responsabilidades e ó réxime sancionador establecido na LXS. Décimo primeira. Obrigas de información das entidades locais adheridas: As entidades locais adheridas a este plan estarán obrigadas a facilitarlles ós servizos da Deputación toda a información relativa ó funcionamento dos servizos sociais municipais que se lles demande nun prazo de 15 días. A negativa a facilitar esta información ou a demora inxustificada no seu envío dará lugar á exclusión da entidade local deste plan, coa conseguinte perda do dereito ó cobro ou ó inicio do oportuno expediente de reintegro, segundo proceda, das achegas percibidas ou concedidas ó seu abeiro, que será obxecto de declaración pola Xunta de Goberno, trala tramitación do oportuno expediente contraditorio con audiencia da entidade interesada. Decimo segunda: A interpretación e a resolución das dúbidas que puidesen xurdir serán resoltas pola presidenta do organismo provincial, previo informe dos servizos de Secretaría e de Intervención. Para o non disposto expresamente nestas bases aplicarase supletoriamente o establecido na LXS.” 9.23791.- MODIFICACIÓN PUNTUAL DO ACORDO NÚM. 8.23148 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 06/03/2015 NO QUE SE APROBA A RELACIÓN DE GRUPOS INCLUÍDOS NO PLAN CULTURAL 2015 No acordo núm. 8.23148 adoptado pola Xunta de Goberno de 6 de marzo de 2015 no que se aproba a relación de grupos incluídos no Plan Cultural 2015, faise a seguinte modificación: No apartado “Grupos músico-vocais”, figura o grupo Arena e como representante Arena Musical C.B. con CIF: E-36.576.122, pero tendo en conta a solicitude presentada polo grupo e á vista da documentación que achegan ós efectos de cambiar o representante do grupo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar dito acordo no sentido de que onde di: “Arena Musical C.B. con CIF: E-36.576.122” debe dicir: “Alecrim C.B., con CIF:E.94.124.138”, permanecendo invariable o resto do contido do acordo. 10.23792.- MODIFICACIÓN DE SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS Ó CONCELLO DE MONDARIZ Ó ABEIRO DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL-SECCIÓN ACCIÓN ACTIVIDADES 2015 (PAM/15) En data 02/01/2015 publicáronse no BOP nº 1 as bases reguladoras do Programa de Acción Municipal – Sección de Actividades 2015 (PAM/15), que na súa base 8ª recolle os criterios de concesión das subvencións acollidas a este programa. Asemade, con data 30/12/2015 e rexistro de saída 2014037431, notificóuselle ó Concello de Mondariz que con cargo a dito programa correspondíanlle 11.179,83 € ó abeiro da cantidade a repartir polo procedemento de concorrencia. En data 12/02/2015 teñen entrada no rexistro da Deputación varias solicitudes de subvención ó abeiro do PAM/15, que ascenden en total a 11.179,83 €, 100% da cantidade asignada a repartir polo procedemento de concorrencia. Nas sesións do 17/04/2015 e 22/05/2015 da Xunta de Goberno, acórdase a concesión de subvención para as solicitudes formuladas polo Concello de Mondariz. As subvencións outorgadas, e ós efectos do presente informe, concédense para as seguintes actividades: nº Expediente Denominación actividade Orzamento Subvención outorgada 4942 Campaverán 2015 7.078,50 2.000,00 4909 III Feira do pan 1.200,00 1.000,00 4943 Festa gastronómica 5.000,00 5.000,00 4944 Festa dos cesteiros e oficios artesáns 1.000,00 1.000,00 4945 Festival de cine e música 1.000,00 1.000,00 4946 Mondariz romano 1.200,00 1.179,83 TOTAL 16.478,50 11.179,83 En data 06/08/2015 e rexistro nº 2015085698 ten entrada no Rexistro da Deputación solicitude de modificación das subvencións referidas no parágrafo anterior baseada na concorrencia de circunstancias excepcionais e que di literalmente na parte que interesa: “… Como queira que concorre a circunstancia de excepcionalidade por mor do cambio de goberno, a falta de tempo de programación respecto das actividades inicialmente previstas, e a necesidade de facer unha programación para o verán no que se teñan en conta os intereses de tódolos grupos de idade acorde a uns recursos económicos moi mermados.” En base a estas circunstancias o Concello de Mondariz na mesma solicitude interesa a modificación das subvencións concedidas ó abeiro do procedemento de concorrencia competitiva, segundo o seguinte reparto: Denominación actividade Orzamento Subvención outorgada Campaverán 2015 7.078,50 2.000,00 Cine de verán-cine na rúa 1.452,00 1.072,11 Festa infantil 1.393,92 1.393,92 Maxia para nenos e nenas 1.028,50 1.028,50 Títeres e obradoiros 1.331,00 1.331,00 Festa dos cesteiros e oficios artesáns 3.343,80 3.343,80 1º maratón popular 1.010,50 1.010,50 TOTAL 16.638,22 11.179,83 Fundamentos Xurídicos: Réxime xurídico: a. Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. b. Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. c. Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. d. Bases reguladoras do Programa de Acción Municipal - Sección Actividades para o exercicio 2015, publicadas no BOP nº 1 de 02/01/2015. e. Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2015. Réxime Competencial: a. En virtude dos artigos 34.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, 61 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 10 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións; e segundo o previsto na Base reguladora decimo primeira do PAM/15 correspóndelle á Presidencia a decisión sobre a modificación de resolución. b. Non obstante, a Base referida prevé a delegación desta atribución nun deputado delegado, polo que, e segundo a resolución presidencial nº 2015019761 de 23/07/2015, e publicada no BOPPO nº 151 de 07/08/2015 que delega as competencias da área de Cooperación Municipal, correspóndelle a competencia para decidir sobre modificación de resolución ó deputado delegado David Regades Fernández. O art. 17 da LXS e 14 da LSG regulan os requisitos e contido das bases reguladoras de concesión de subvencións, entre outros, procedementos de concesión, criterios de determinación de cantidades e circunstancias que poden dar lugar a modificación das subvencións. No mesmo sentido a Base 25ª-2ªdo orzamento recolle o seu contido mínimo con mención expresa ás circunstancias que poden dar lugar á modificación da resolución de concesión. O art. 64 do RLXS, ampara a modificación de subvencións unha vez recaída resolución. Neste sentido, a Base reguladora decimo primeira do PAM/15 condiciona a súa presentación a que se faga antes do 01/12/2015. A Base reguladora quinta do PAM/15 taxa a documentación que debe xuntarse ás solicitudes de subvención. A Base reguladora decimo primeira do PAM/15, de acordo co previsto nos artigos 17 da LXS, 14 da LSG e a Base 25ª-2ª do Orzamento provincial, recolle os supostos excepcionais que habilitan a modificación das resolucións xa recaídas, e taxa os seu requisitos: limitación a unha única modificación, prazo de solicitude (referido no parágrafo anterior), concorrencia dos supostos excepcionais e autorización da Presidencia ou deputado delegado. En consonancia co fundamento anterior, a Base 25ª-5ª do orzamento provincial expresa que as solicitudes de modificación deberán estar suficientemente motivadas e deberán presentarse con carácter inmediato á aparición das circunstancias que a xustifiquen. Conclusións: O Concello de Mondariz solicita unha modificación de resolucións de subvencións xa recaídas, amparadas en diversos preceptos legais e regulamentarios e segundo previsión expresa nas base 13ª do PAM/15, que amparan tanto o cambio da aplicación como a modificación do contido. En canto á competencia, as bases reguladoras do programa atribúen expresamente a decisión sobre a autorización da modificación á Presidencia ou ó deputado en quen delegue, polo que á vista da resolución citada no fundamento 2º correspóndelle ó deputado delegado David Regades Fernández. Dita solicitude ten entrada no rexistro xeral da Deputación o 06/08/2015, polo que as modificacións propostas antes da data límite de solicitude recollida na base 13ª do PAM/15, 01/12/2015. Respecto da motivación e concorrencia dos supostos excepcionais previstos na base 13ª do PAM/15, o concello alude expresamente ós seus supostos 3º e 4º, “…ter prioridade na realización doutra actividade e non se conte con crédito de financiamento para levalo a cabo…algún impedimento administrativo ou doutro tipo que impida a súa realización”. Tendo en conta que corresponde ó concello a determinación das actividades e en consecuencia establecer a prioridade das actuacións e observancia de calquera impedimento na realización, os motivos aludidos no antecedente 4º, falta de tempo para programar as actividades inicialmente previstas e adecuación destas a todos os grupos de idades, poden entenderse subsumidos nos supostos referidos. En canto a súa tramitación debe distinguirse: 1. A solicitude para a actividade “Festa dos Cesteiros e dos Oficios Artesáns” implica unha modificación da resolución recaída. A nova solicitude modifica o orzamento orixinal de 1.000,00€ a un novo por 3.343,80€. Asemade o concello modifica a súa solicitude de subvención, solicitando o 100% do orzamento, 3.343,80€; a tal efecto o concello aporta nova solicitude xunto coa súa correspondente documentación, segundo o previsto nas base. 2. Solicitase cambio de aplicación que implica a concesión de subvención para novas actividades: . ”Cine de Verán-Cine na rúa”, “Festa Infantil”, “Maxia para nenos e nenas”, “Títeres e Obradoiros” e “1ª Maratón Popular”. Segundo se extrae dos antecedentes 3º e 5º dita modificación implica a renuncia ás actividades, para as que xa recaera resolución, “Mondariz Romano”, “III Feira do Pan”, “Festa Gastronómica”, e “Festival de Cine e Música”. O concello indica expresamente que mantense a actividade “Campaverán 2015” para a que xa recaera resolución. 3. O Concello achega unha solicitude para cada actividade nova ou modificada xunto coa súa documentación correspondente segundo a Base 5ª do PAM/15. 4. Dado que a modificación altera as cantidades xa outorgadas previamente, procede a modificación do expediente de gasto, para o cal se solicita o correspondente informe de fiscalización ó servizo de Intervención. As modificacións propostas, se ben alteran as cantidades concedidas e as porcentaxes subvencionadas, non alteran a cantidade global asignada ó Concello de Mondariz ó abeiro do procedemento de concorrencia, 11.179,83€. A concesión destas subvencións efectúase contra a aplicación orzamentaria 15/942.942.462.00. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables e a súa motivación razoada, e a concorrencia dos requisitos necesarios, informo favorablemente a modificación solicitada e propoño que sexa autorizada e se resolvan as correspondentes modificacións do acordo de concesión de acordo co exposto no antecedente 5º. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno, sendo o órgano que no seu día aprobou a concesión das subvencións. Por todo o exposto e visto o informe da Intervención de data 21/09/2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Anular as subvencións concedidas, que se relacionan na táboa seguinte, ó Concello de Mondariz para o financiamento de actividades ó abeiro do PAM/15, mediante acordo da Xunta de Goberno na súas sesións de 17/04/2015 e 22/05/2015, destinando o seu importe ó financiamento doutras actividades: nº Expte. Denominación actividade Orzamento Subvención outorgada 4909 III feira do pan 1.200,00 1.000,00 4943 Festa gastronómica 5.000,00 5.000,00 4945 Festival de cine e música 1.000,00 1.000,00 4946 Mondariz romano 1.200,00 1.179,83 2. Aprobar a modificación da subvención xa outorgada ó Concello de Mondariz por importe de 1.000,00 € cun orzamento polo mesmo importe para o financiamento da actividade “Feira dos cesteiros e os oficios artesáns” ó abeiro do PAM/15, mediante acordo da Xunta de Goberno na súa sesión de 17/04/2015, incrementando o seu importe ata a cantidade total de 3.343,80 € cun orzamento polo mesmo importe. 3. aprobar a concesión de subvencións ó Concello de Mondariz para o financiamento de actividades ó abeiro do PAM/15 e que se relacionan na seguinte táboa: Denominación actividade Orzamento Subvención proposta Cine de verán-cine na rúa 1.452,00 1.072,11 Festa infantil 1.393,92 1.393,92 Maxia para nenos e nenas 1.028,50 1.028,50 Títeres e obradoiros 1.331,00 1.331,00 1º maratón popular 1.010,50 1.010,50 11.23793.- MODIFICACIÓN DE SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS Ó CONCELLO DE NIGRÁN Ó ABEIRO DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL-SECCIÓN ACTIVIDADES 2015 (PAM/15) En data 02/01/2015 publicáronse no BOP nº 1 as bases reguladoras do Programa de Acción Municipal – Sección de Actividades 2015 (PAM/15), que na súa base 8ª recolle os criterios de concesión das subvencións acollidas a este programa. Asemade, con data 30/12/2015 e rexistro de saída 2014037431, notificóuselle ó Concello de Nigrán que con cargo a dito programa correspondíanlle 16.779,35 € ó abeiro da cantidade a repartir polo procedemento de concorrencia. En data 12/02/2015 teñen entrada no rexistro da Deputación varias solicitudes de subvención ó abeiro do PAM/15, que ascenden en total a 16.779,35 €, 100% da cantidade asignada a repartir polo procedemento de concorrencia. Na sesión do 15/04/2015 da Xunta de Goberno, acórdase a concesión de subvención para tódalas subvencións solicitadas polo Concello de Nigrán. Entre as subvencións outorgadas, e ós efectos do presente informe, constan as seguintes actividades: nº Expte. Denominación actividade Orzamento Subvención outorgada 5490 V novo circo 2015 8.470,00 3.000,00 5491 San Félix 2015 5.280,00 779,35 5495 IV Carreira Area Nigrán 2015 6.050,00 2.000,00 En data 30/07/2015 e rexistro nº 2015083637 ten entrada no Rexistro da Deputación solicitude de modificación das subvencións referidas no parágrafo anterior; de tal xeito, que se interesa renuncia da subvención outorgada para a actividade “V Novo Circo 2015”, e que dita cantidade, 3.000,00 €, incremente as subvencións xa outorgadas para “San Félix 2015” e “IV Carreira Area Nigrán 2015” en 2000 e 1000 € respectivamente. Trala modificación as subvencións anteriores quedarían deste modo: nº Expte. Denominación actividade Orzamento Subvención outorgada 5490 V Novo Circo 2015 8.470,00 0,00 (anulada) 5491 San Félix 2015 5.280,00 2.779,35 5495 IV Carreira Area Nigrán 2015 6.050,00 3.000,00 En data 20/08/2015 e rexistro nº 2015089819 ten entrada no Rexistro da Deputación un novo escrito do Concello de Nigrán que complementa a modificación proposta ó referir a causa excepcional que a motiva, e que se concreta no suposto de ter prioridade na realización doutra actividade e non se conte con crédito de financiamento para levalo a cabo. Fundamentos xurídicos: Réxime Xurídico: a. Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. b. Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. c. Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. d. Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. e. Bases reguladoras do Programa de Acción Municipal - Sección Actividades para o exercicio 2015, publicadas no BOP nº 1 de 02/01/2015. f. Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2015. Réxime Competencial: a. En virtude dos artigos 34.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, 61 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 10 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións; e segundo o previsto na Base reguladora decimo primeira do PAM/15 correspóndelle á Presidencia a decisión sobre a modificación de resolución. b. Non obstante, a Base referida prevé a delegación desta atribución nun deputado delegado, polo que, e segundo a resolución presidencial nº 2015019761 de 23/07/2015, e publicada no BOPPO nº 151 de 07/08/2015 que delega as competencias da área de Cooperación Municipal, correspóndelle a competencia para decidir sobre modificación de resolución ó deputado delegado David Regades Fernández. Os art. 17 da LXS e 14 da LSG regulan os requisitos e contido das bases reguladoras de concesión de subvencións, entre outros, procedementos de concesión, criterios de determinación de cantidades e circunstancias que poden dar lugar a modificación das subvencións. No mesmo sentido a Base 25ª-2ªdo orzamento recolle o seu contido mínimo con mención expresa ás circunstancias que poden dar lugar á modificación da resolución de concesión. O art. 64 do RLXS, ampara a modificación de subvencións unha vez recaída resolución, sempre que non prexudique dereitos de terceiro e sexa solicitada antes do fin do prazo para a realización da actividade. Neste sentido, a Base reguladora decimo primeira do PAM/15 condiciona a súa presentación a que se faga antes do 01/12/2015 A Base reguladora decimo primeira do PAM/15, de acordo co previsto nos artigos 17 da LXS, 14 da LSG e a Base 25ª-2ª do orzamento provincial, recolle os supostos excepcionais que habilitan a modificación das resolucións xa recaídas, e taxa os seu requisitos: limitación a unha única modificación, prazo de solicitude, concorrencia dos supostos excepcionais e autorización da Presidencia ou deputado delegado. En consonancia co fundamento anterior, a Base 25ª-5ª do Orzamento provincial expresa que as solicitudes de modificación deberán estar suficientemente motivadas e deberán presentarse con carácter inmediato á aparición das circunstancias que a xustifiquen. Conclusións: O Concello de Nigrán solicita unha modificación de resolucións de subvencións xa recaídas, amparadas en diversos preceptos legais e regulamentarios e segundo previsión expresa nas bases reguladoras do programa. As bases reguladoras do programa atribúen expresamente a decisión sobre a autorización da modificación á Presidencia ou ó deputado en quen delegue, polo que á vista da resolución citada no fundamento 2º correspóndelle ó deputado delegado David Regades Fernández. Dita solicitude ten entrada no rexistro xeral da Deputación o 30/07/2015, polo que as modificacións propostas solicítanse antes da data límite de solicitude recollida na base 13ª do PAM/15, 01/12/2015. Segundo a solicitude de modificación, complementada polo escrito de 20/08/2015, o Concello de Nigrán expón a prioridade que teñen as dúas actividades para as que solicita incremento da subvención e para as que ,debido á situación financeira do concello, non conta con recursos suficientes para cubrir a totalidade do financiamento que corre a cargo do concello. Dito suposto enténdese subsumido no suposto 3º da na Base 13ª do PAM/15. Polo tanto, cumpridos os requisitos formais e materiais, e segundo o previsto na base referida, precísase para a súa tramitación a decisión da Presidencia ou deputado no que delegue. Dado que a modificación altera as cantidades xa outorgadas previamente, procede a modificación do expediente de gasto, para o cal se solicita o correspondente informe de fiscalización ó servizo de Intervención. A modificación, se ben altera as cantidades concedidas e por tanto a porcentaxe sobre o orzamento subvencionada, non altera a cantidade global asignada ó Concello de Nigrán ó abeiro do procedemento de concorrencia. A modificación proposta implica unha renuncia a unha subvención xa concedida “V Novo Circo 2015” por importe de 3.000 €, que ó amparo do art. 90 da LRXAP, cando non estea prohibida polo ordenamento xurídico, será aceptada de plano. Asemade dita cantidade proponse repartir entre outras dúas subvencións das que xa recaeu resolución, incrementando as actividades “San Félix 2015” e “IV Carreira Area Nigrán 2015” en 2.000 e 1.000 € respectivamente. No escrito de 20/08/2015, exprésase que as modificacións supoñen exclusivamente unha modificación do importe da subvención, sen alterar os orzamentos que serviron de base para a concesión. En canto ó obxecto das actividades, non implican un cambio de aplicación senón exclusivamente a modificación dos importes. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables e a súa motivación razoada, e a concorrencia dos requisitos necesarios, informo favorablemente a modificación solicitada e propoño que sexa autorizada e se tramiten as correspondentes modificacións do acordo de concesión de acordo co exposto no antecedente 4º. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno, sendo o órgano que no seu día aprobou a concesión das subvencións. Por todo o exposto e visto o informe da Intervención de data 21/09/2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Anular a subvención por importe de 3.000,00 € concedida ó Concello de Nigrán para o financiamento da actividade “V novo circo 2015” ó abeiro do PAM/15, mediante acordo da Xunta de Goberno na súa sesión de 15/04/2015, destinando o seu importe ó financiamento das actividades “San Félix 2015” e “IV carreira Nigrán Area 2015”. 2. Aprobar a modificación das subvencións xa outorgadas ó Concello de Nigrán para o financiamento da actividade “San Félix 2015” e “IV Carreira Nigrán Area 2015” ó abeiro do PAM/15, mediante acordo da Xunta de Goberno na súa sesión de 15/04/2015, incrementando os seus importes ata as cantidades totais reflectidas na táboa seguinte: Denominación actividade nº Expte. Orzamento Subvención outorgada Subvención definitiva San Félix 2015 5491 5.280,00 779,35 2.779,35 IV Carreira Area Nigrán 2015 5495 6.050,00 2.000,00 3.000,00 12.23794.- RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE MULLERES EN IGUALDADE DE CAMPOSANCOS (LALÍN), Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO MARCO DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2014, PARA “REPARACIÓN NA IGREXA PARROQUIAL DE CAMPOSANCOS” Primeiro.- A Xunta de Goberno na súa sesión do día 27 de decembro de 2013 aprobou as Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC) para o ano 2014, sendo o seu obxecto regular a concesión de subvencións para financiar a realización dos investimentos necesarios para a efectiva prestación dos servizos propios e obrigatorios contemplados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, agás a compra de terreos. Ditas Bases foron publicadas no BOPPO núm. 4 do 8 de xaneiro de 2014. Segundo.- Por Resolución Presidencia nº Rexistro: 2014035640 e data do rexistro 05/12/2014, concedeu á Asociación Mulleres en Igualdade de Camposancos (CIF:G.36585883) do Concello de Lalín, unha subvención por importe de 2.500,00 € con destino ó financiamento do investimento “Reparación na igrexa parroquial de Camposancos”, polo procedemento de concorrencia competitiva. Terceiro.- Dna. Luz Oro Sobrado, con DNI: 76812247K, en calidade de Presidenta da concedeu á Asociación Mulleres en Igualdade de Camposancos (CIF: G-36585883) do Concello de Lalín, presenta un escrito, con data de entrada no Rexistro Xeral da Deputación 18/09/2015 e número de rexistro 2015098832, no que manifesta o seu desexo de renunciar á subvención concedida polo importe de 2.500,00 € , porque no foron capaces de xuntar a cantidade necesaria para facer fronte á reposición da totalidade do tellado da igrexa parroquial. Fundamentos xurídicos: 1º.- O artigo. 90 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude ou, cando non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar ós seus dereitos. 2º.- Pola súa parte, no artigo. 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, recóllese que tanto o desistimento como a renuncia poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia. Neste caso, indícase no punto 2 do citado artigo que a Administración aceptará de plano o desistimento ou a renuncia e declarará concluso o procedemento salvo que, habéndose persoado no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foron notificados. Asemade, no seu apartado 3, sinálase que se a cuestión suscitada entrañase interese xeral ou fora conveniente substanciala para a súa definición e esclarecemento, a Administración poderá limitar os efectos do desistimento ou a renuncia ó interesado e seguirase o procedemento. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, vista a solicitude de renuncia expresa presentada polo interesado e sen prexuízo das salvidades sinaladas no artigo 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, infórmase favorablemente a aceptación da renuncia solicitada e a declaración do expediente como concluso, ordenándose o seu arquivo. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a renuncia presentada pola Asociación Mulleres en Igualdade de Camposancos (CIF: G-36585883) do Concello de Lalín, á subvención de 2.500,00 € no ano 2014 dentro do Programa de Acción Comunitaria para ó investimento núm.2014002956, denominado “Reparación na igrexa parroquial de Camposancos”. 2. Declarar concluso o expediente e proceder ó seu arquivo. 3. Darlle traslado do acordo á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e á Asociación Mulleres en Igualdade de Camposancos (CIF: G-36585883) do Concello de Lalín. 13.23795.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DUN BOLSEIRO NA EMPRESA AREA GLOBAL ASESORES, S.L. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P045 Diplomatura/Grao en relacións laborais/relacións laborais e recursos humanos na empresa Area Global Asesores S.L. Con data de 22 de setembro de 2015 presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 21 de setembro de 2015 por incorporación a una oferta de traballo. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro César Pérez Vila, na empresa Area Global Asesores, S.L con efectos do 22 de setembro de 2015. 14.23796.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NA EMPRESA MISIONERAS DIVINO MAESTRO Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P099 Licenciatura/Grado en matemáticas a bolseira María Ana Canay Otero na empresa Misioneras Divino Maestro. Con data de 22 de setembro de 2015 presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 21 de setembro de 2015 por incorporación a una oferta de traballo. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Maria Ana Canay Otero, na empresa Misioneras Divino Maestro con efectos do 21 de setembro de 2015. 15.23797.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS a) Vista a relación de facturas con número 2015036902, que contén nove facturas e por un importe de 67.480,49 €, correspondendo a primeira factura a Eptisa Servicios de Ingenieria, S.L., por importe de 18.824,72 €, e a derradeira a Graficas Salnes, S.L., por importe de 10.590,14 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 28 de setembro de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 67.480,49 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 67.480,49 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. b) Tendo en conta o informe de Intervención, de data 18 de setembro de 2015, relativo a certificación 6 presentada pola empresa CPA Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L., correspondente a obra “Ensanche e mellora da seguridade viaria na EP 2302 Gondomar-Chaín-Morgadáns (Gondomar)”, Convenio 2014008917, cuxo importe ascende a 54.071,27€, no que se pon de manifesto a existencia de crédito suficiente na aplicación 15/456.4530.612.02.2014, para facer fronte ó gasto, procede o recoñecemento extraxudicial da obriga, e de conformidade coa base 17ª.1.a) da execución do Orzamento provincial de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: Empresa CPA Construcciones y Proyectos Abilleira S.L. CIF B36162030 Aplicación orzamentaria 15/456.4530.612.02.2014 Importe 54.071,27 € Taxa dirección de obra (4% PEM) 1.502,08 € Control de calidade (5% PEM) 1.877,60 € Seguridade e saúde (0,50€ PEM) 187,76 € Líquido a percibir 50.503,83 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 16.23798.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 17.23799.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición