ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.874
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015/10/16_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.836/1.2015-10-16_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015/10/16_Ordinaria

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 8 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e dez minutos do día dezaseis de outubro do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asisten os deputados provinciais: Dna. Consuelo Besada Lores, D. Uxío Benítez Fernández. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23822.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 9 de outubro de 2015. 2.23823.- PRÓRROGA DE BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS 2014/2015 Por Acordo nº 14.22923 adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o 19 de decembro de 2014, aprobouse o Plan de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015. Dito plan desenvolveuse en dúas fases, na primeira mediante escrito convocouse ós concellos e ós servizos da Deputación a participar no plan, e na segunda fase convocouse e seleccionouse ós bolseiros. No Boletín Oficial da Provincia nº 246, do 22 de decembro de 2014, publicouse a convocatoria e as bases de selección de 198 bolsas de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015 dirixidas a mozos titulados universitarios ou de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación o mercado laboral. Dita convocatoria foi modificada por acordos número 21.23075, 16.23182 ,15.23181 e 17.23221 aprobados en Xunta de Goberno de 13 de febreiro, 13 de marzo e 27 de marzo de 2015, por cambio de titulacións solicitadas polos concellos e servizos da Deputación e ampliación do número de bolsas de 198 a 212. Por acordos da Xunta de Goberno adxudicáronse varias bolsas de dito plan que quedaran vacantes por diversos motivos; falta de persoas candidatas nesa titulación previa solicitude por parte dos centros de destino dun cambio de titulación, renuncias das persoas titulares das bolsas ou por revogación da bolsa. Ditas bolsas rematan con efectos do 31 de outubro de 2015, podendo ser prorrogadas por outros seis meses por acordo da Xunta de Goberno cumprindo co establecido nas bases. Na base décima da convocatoria establécese que para tramitar a prórroga é necesario presentar no Rexistro Xeral da Deputación, cun mes de antelación a data prevista da finalización, a memoria do bolseiro ou bolseira sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados é o informe de avaliación da persoa titora no que deberá indicarse si procede ou non a prórroga. Mediante informe de avaliación e a vista da memoria presentada as persoas titoras consideran que procede prorrogar as bolsas. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 7 de outubro de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, prorrogar as bolsas concedidas ós bolseiros que se relacionan no Anexo I, dende o 1 de novembro de 2015 ata o 30 de abril de 2016. A dotación económica das bolsas determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario para os titulados universitarios e 700,00 €/mes por beneficiario para os ciclos superiores de formación profesional, o que supón para o ano 2015, un total de 9.200,00 €, sendo o custe da seguridade social de 34,89 €/mes por beneficiario, o que supón para o ano 2015 un total de 418,68 €. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 15/921.2410.481.01 e 15/921.2410.160.03. Dito anexo é como segue: nº Exp. Titulación 1ºApelido 2º Apelido Nome Centro de destino Importe € 1 D06 Ciclo Superior en Educación Infantil Amil Lago Regina Concello de Moaña 700 € 2 D19 Diplomatura en Dirección e Xestión Pública Bugallo Monteagudo Carmen Servizo de Intervención 800 € 3 D25 Diplomatura/Grao en Relacións Laborais/Relacións Laborais e Recursos Humanos Casales Gil María del Carmen Concello de Mos 800 € 4 D64 Licenciatura/Grao en Historia da Arte Cruz Estévez Aida Concello de A Estrada 800 € 5 D42 Enxeñería Técnica Industrial en Electricidade Paz López Iago Concello de Silleda 800 € 6 D13 Ciclo Superior en Xestión Comercial e Márketing Rey Armesto Raquel Concello de Mondariz 700 € 3.23824.- PRÓRROGA DE BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS 2014/2015, DESTINADAS ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Por Acordo nº 22.23356 adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o 30 de abril de 2015, acordouse conceder ás Confrarías de pescadores da provincia de Pontevedra 18 bolsas de práctica laboral para a promoción e desenvolvemento de accións que impliquen o fomento do sector pesqueiro, recollidas no convenio de colaboración subscrito entre a Deputación de Pontevedra e a Federación provincial de Confrarías de pescadores de Pontevedra, e adxudicar as referidas bolsas ás persoas candidatas suplentes seleccionadas nos distintos expedientes do Plan de práctica laboral en deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2014/2015, para cada unha das titulacións solicitadas polas confrarías, por expediente, titulación, centro de destino e importe, con efectos do 1 de maio de 2015 e por un período de seis meses, podendo ser prorrogadas por outros seis por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na base décima e sempre que exista dotación orzamentaria. Unha das bolsas adxudicadas quedou en suspenso temporalmente. Na base décima da convocatoria establécese que para tramitar a prórroga é necesario presentar no Rexistro Xeral da Deputación, cun mes de antelación a data prevista da finalización, a memoria do bolseiro sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados é o informe de avaliación do titor no que deberá indicarse si procede ou non a prórroga. Mediante informe de avaliación e a vista da memoria presentada os titores consideran que procede prorrogar as bolsas. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 6 de outubro de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar as bolsas concedidas ós bolseiros que se relacionan na seguinte táboa, dende ó 1 de novembro de 2015 ata o 30 de abril de 2016: nº Exp. Titulación 1º Apelido 2ºApelido Nome Centro de Destino Importe Bolsa 1 D02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Bouzada Martínez Yasmina Confraría de pescadores de Portonovo 700 € 2 D02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Carballo Novas Beatríz Confraría de pescadores de Vigo 700 € 3 D12 Ciclo Superior en Secretariado Caride Nimes Bárbara María Confraría de pescadores de Marín 700 € 4 D02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Castro Moure Sonia Confraría de pescadores de Aldán-Hío 700 € 5 D02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas García González Lía Confraría de pescadores de Arcade 700 € 6 D02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas López Fernández Andrea Confraría de pescadores de Carril 700 € 7 D02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Martínez Daponte Ruth María Confraría de pescadores de Baiona 700 € 8 D02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Martínez Lorenzo Miriam Confraría de pescadores de A Guarda 700 € 9 D13 Ciclo Superior en Xestión Comercial e Marketing Mateus Meixus Nuria Confraría de pescadores de O Grove 700 € 10 D02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Mato Meijomé Mª Luisa Confraría de pescadores de Moaña 700 € 11 D02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Nacimiento Mosteiro Ana Isabel Confraría de pescadores de Cangas 700 € 12 D02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Otero González Noelia Confraría de pescadores de Cambados 700 € 13 D02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Picallo Belmonte Lúa Confraría de pescadores de Redondela 700 € 14 D02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Ramallo Filgueira Thais Amelia Confraría de pescadores de Vilanova de Arousa 700 € 15 D55 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Rey Rebollido Rocío Confraría de pescadores de A Illa de Arousa 700 € 16 D55 Licenciatura/Grao en Bioloxía Solla Pazos Rosana Confraría de pescadores de Bueu 800 € 17 D02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Villaverde Molanes Nerea Confraría de pescadores de Lourizán 700 € A dotación económica das bolsas determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario para os titulados universitarios e 700,00 €/mes por beneficiario para os ciclos superiores de formación profesional, o que supón para o ano 2015, un total de 24.000,00 €, sendo o custe da seguridade social de 34,89 €/mes por beneficiario, o que supón para o ano 2015 un total de 1.186,26 €. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 15/921.2410.481.01 e 15/921.2410.160.03. 4.23825.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL DE DATA 5 DE OUTUBRO DE 2015 (NÚM. 2015024104) DE RENUNCIA DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL NAS OFICINAS DE TURISMO MUNICIPAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral en oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ratificar a seguinte Resolución Presidencial: - Por Resolución Presidencial nº 2015024104 de data 5 de outubro de 2015, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Iria Fernández Vázquez na oficina de turismo do Concello de Sanxenxo con efectos do 2 de outubro de 2015. 5.23826.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS a) Vista a relación de facturas con número 2015037114, que contén unha factura e por un importe de 35.793,71 €, correspondendo a Gestión Tributaria Territorial S.A.U., e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 30 de setembro de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 35.793,71 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 35.793,71 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. b)Vista a relación de facturas con número 20150038150, que contén dúas facturas e por un importe de 49.939,29 €, correspondendo a primeira factura a Telefonica Móviles España, S.A., por importe de 6.544,84 €, e a derradeira a Limpezas del Noroeste, S.A.U., por importe de 43.394,45 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 13 de outubro de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 49.939,29 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 49.939,29 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 6.23827.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 8.23807 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 09/10/2015 Primeiro.- Por acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 25 de setembro de 2015, aprobáronse as Bases reguladoras do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, sendo o seu obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública en réxime de concorrencia das axudas e subvencións destinadas a financiar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de persoas desempregadas. Ditas Bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 187, do 28 de setembro 2015. Segundo.- Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención e dos informes da Comisión Avaliadora, da xefa do Servizo de Cooperación e do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 9 de outubro de 2015, punto número 8.23807, acordou a concesión de subvencións ó abeiro do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, mediante o procedemento de concorrencia, con cargo á aplicación 15/942.9420.462.03 do vixente Orzamento provincial. Terceiro.- Do exame da documentación obrante nos expedientes de subvención, advertiuse de oficio un erro material no citado acordo da Xunta de Goberno número 8.23807 do día 9 de outubro de 2015, xa que se lle concedeu unha subvención ó Concello de Redondela, por importe de 66.176,24 €, para contratar 34 traballadores coas categorías profesionais seguintes: 2 peóns forestais, 2 peóns/axudantes xardineiros, 2 peóns teitadores de asfalto, 5 peóns albaneis, 1 peón/axudante ferreiro-soldador, 1 peón electricista, 1 peón/axudante de carpintería, 6 auxiliares administrativos, 2 conserxes instalacións deportivas, 3 ordenanzas edificios municipais, 1 programador multimedia, 3 guías turísticos, 1 integrador social, 1 animador sociocultural e 1 técnico en organización de eventos, se ben deberían ser 4 peóns teitadores en lugar de 2. Cuarto.- Asemade, advertiuse outro erro no dito acordo no punto 1.c) da parte resolutiva, sobre a forma de proceder ó pagamento da subvención, xa que se sinala que o segundo anticipo poderá solicitarse ó inicio do cuarto mes de contrato, cando o correcto, segundo o teor das Bases reguladoras do Plan, debe ser “ó inicio do segundo mes de contrato”. Fundamentos Xurídicos: 1º.- O artigo. 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, establece que as Administracións públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, infórmase favorablemente a citada corrección. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Corrixir o acordo da Xunta de Goberno número 8.23807 do día 9 de outubro de 2015, de xeito que onde di: ANEXO: RELACIÓN II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Concello nº traballadores solicitado Categoría profesional Importe concedido Redondela 34 2 peóns forestais, 2 peóns/axudantes xardineiros, 2 peóns teitadores de asfalto, 5 peóns albaneis, 1 peón/axudante ferreiro-soldador, 1 peón electricista, 1 peón/axudantes de carpintería, 6 auxiliares administrativos, 2 conserxes instalacións deportivas, 3 ordenanzas edificios municipais, 1 programador multimedia, 3 guías turísticos, 1 integrador social, 1 animador sociocultural e 1 técnico en organización de eventos 66.176,24 € Debe dicir: ANEXO RELACIÓN II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Concello nº traballadores solicitado Categoría profesional Importe concedido Redondela 34 2 peóns forestais, 2 peóns/axudantes xardineiros, 4 peóns teitadores de asfalto, 5 peóns albaneis, 1 peón/axudante ferreiro-soldador, 1 peón electricista, 1 peón/axudantes de carpintería, 6 auxiliares administrativos, 2 conserxes instalacións deportivas, 3 ordenanzas edificios municipais, 1 programador multimedia, 3 guías turísticos, 1 integrador social, 1 animador sociocultural e 1 técnico en organización de eventos 66.176,24 € 2. Corrixir o acordo da Xunta de Goberno número 8.23807 do día 9 de outubro de 2015, de xeito que onde di: “c) O pagamento da subvención concedida farase efectiva da seguinte forma: - O 50% ó inicio da obra ou servizo, que se acreditará coa certificación do secretario do concello e se aboará segundo o número de contratos formalizados ata esa data. - O 50% restante ó inicio do cuarto mes de contrato, previa certificación do secretario de concello sobre a continuidade da actividade na que se faga constar a identificación dos traballadores e as datas do inicio e fin do contrato.”, Debe dicir: “c) O pagamento da subvención concedida farase efectiva da seguinte forma: - O 50% ó inicio da obra ou servizo, que se acreditará coa certificación do secretario do concello e se aboará segundo o número de contratos formalizados ata esa data. - O 50% restante ó inicio do segundo mes de contrato, previa certificación do secretario de concello sobre a continuidade da actividade na que se faga constar a identificación dos traballadores e as datas do inicio e fin do contrato.”, 3. O resto do texto do acordo permanecerá invariable. 4. Darlle traslado do acordo ós interesados, á Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 7.23828.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 8.23829.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e trinta do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición