ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.874
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015/11/06_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.836/1.2015-11-06_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015/11/06_Ordinaria

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 70 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e cinco minutos do día seis de novembro do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste os seguintes deputados D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23861.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das sesións ordinarias dos días 23 e 28 de outubro de 2015, respectivamente. 2.23862.- SUSPENSIÓN DA EXECUCIÓN DA OBRA “REFORMA DA CASA DA CULTURA DE VILANOVA DE AROUSA PARA AUDITORIO E MULTIUSOS”, E INICIO EXPEDIENTE RESOLUCIÓN DE CONTRATO (expte. 2014013840) Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 16 de xaneiro de 2015, acordou adxudicar á empresa Vila Río Miño, S.A., (CIF A-27.106.160) o contrato para a execución da obra “Reforma da casa da cultura para auditorio e multiusos (Vilanova de Arousa)”, por un prezo de 1.071.320,35 € IVE incluído, e un prazo de execución de 6 meses. Resultando.- Que con data 20/02/2015 formalizouse a acta de comprobación de replanteo, establecéndose nese intre como data para finalizar a obra o día 20/08/2015. Resultando.- Que con data 30/07/2015 tivo entrada nesta Deputación escrito da mercantil Construcciones Vila Miño, S.A., solicitando unha prórroga na execución da obra ata o día 20/06/2016 debido a que a existencia dunha liña aérea de alta tensión próxima ó edificio a construír limite a utilización da grúa torre instalada. Resultando.- Que con data 08/09/2015 tivo entrada nesta Deputación escrito do director de obra no que ponde manifesto que cerca dos límites da edificación, discorre unha liña de alta tensión propiedade de Gas Natural Unión Fenosa, S.A. A posición desta liña non se tivo en consideración na redacción do proxecto o que derivou en que na fase de redacción non se cotexara in situ a súa existencia, observándose ó inicio das obras ó instalar a grúa e estender o seu brazo, que a altura de traballo nesa zona corre perigo de invadir a distancia de seguridade, tendo que prohibir o uso da grúa para a caixa do auditorio. Debido a elo o director de obra solicita no citado escrito o seguinte: a) Paralización parcial da execución da obra na parte da caixa do auditorio, debido a que é imposible realizar a súa construción completa sen invadir a distancia de seguridade coa liña de alta tensión, ata que se acometan as obras precisas pola empresa subministradora que resolvan o problema, solicitando asemade un prazo de 5 meses para a execución da parte da obra paralizada, a contares da sinatura da acta de reinicio. b) Prórroga de 3 meses na execución da parte da obra na que non solicita paralización, (ala oeste, vestíbulo e sala de exposicións) debido a que a existencia da liña de alta tensión, ralentizou os traballos en determinados puntos para non invadir o perímetro de seguridade das liñas, tendo que utilizar nalgúns casos pequenos elevadores e manuais. Resultando.- Que con data 25/09/2015 o Servizo de Contratación emite informe recollendo entre outras o seguinte: “... Primeira.- Chama a atención que non se houbese detectado a existencia dunha liña de alta tensión, máxime cando se asina un acta de replanteo previo e un acta de comprobación de replanteo na data 20/02/15. Segunda.- No que se refire á petición de prórroga, esta solicítase dentro do prazo de execución, se ben foi o principio da execución da obra cando se detectou a imposibilidade de levar a cabo a mesma nas circunstancias recollidas no proxecto, debido a existencia de liña de alta tensión, polo que debería ter sido nese intre cando a citada incidencia debería terse comunicado o órgano de contratación, e non como se fixo a piques de rematar o prazo de execución. Ante esta circunstancia e como queira que nos pregos desta licitación o prazo de execución estableceuse nos criterios de valoración, ofertando o contratista a redución do mesmo, non parece razoable conceder unha prórroga, , senón establecer unha data para o remate da obra por estar xa os prazos fora do pactado. P ara fixar a data para rematar a obra é convinte anteriormente solventar a incidencia xurdida coa liña de alta tensión. Terceira.- No que se refire á solicitude realizada polo director de obra para investir parcialmente a partida “Melloras”, para facer fronte ó presuposto presentado por Fenosa para soterrar a liña de alta tensión, o prego de cláusulas económico-administrativas particulares xerais que rexeron a contratación desta obra, establecía entre os criterios de valoración, as melloras que realizasen ás empresas licitadoras no referente á calidade ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das unidades, que redundarán nunha maior calidade construtiva. O contratista ofertou unhas melloras por importe de 43.500,00 € destinadas a conseguir un mellor illamento do edificio, en aras de lograr un mellor comportamento térmico e así contribuír á eficiencia enerxética, diminuíndo o consumo e o gasto das instalacións eléctricas de climatización. Parece ter difícil encaixe utilizar unhas melloras destinadas a mellorar a calidade e eficiencia do edificio, para subsanar un defecto no proxecto de obra. Cuarta.- En todo caso, parecería máis razoable a utilización da baixa de adxudicación para realizar unha contratación do soterramento da liña coa empresa, si así se acordase por ambas administracións. Quinta.- No que se refire á suspensión da execución, o que parece razoable e suspender non parcialmente senón na súa totalidade a execución da obra, en tanto non se acometan as obras precisas para solucionar o problema de seguridade coa liña de alta tensión. Para elo debe formalizarse un acta de paralización da obra, que deberá ser asinada polo contratista, o director de obra e un representante do órgano de contratación, debendo constar na mesma as unidades de obra suspendidas así como a medición da obra executada....” Resultando.- Que solicitado informe de fiscalización da solicitude de prórroga, con data 08/10/2015 o Servizo de Intervención emitiu informe recollendo o seguinte: “...tendo en conta que o prazo é un elemento esencial do contrato de obras, que o prazo de execución finalizou no mes de agosto ó non resolver a Deputación a petición da prórroga solicitada pola empresa adxudicataria, que a empresa asinou acta de comprobación de reformulo, que a empresa estivo a executar a obra a un baixo ritmo (en seis meses só executou un 15 %) e ademais que o traslado das liñas de alta tensión dependen dun terceiro (FENOSA) co cal e difícil determinar en que prazo poden estar estas liñas trasladadas, chegamos a seguinte conclusión: Dado a data na que nos atopamos e o tempo transcorrido, non ten sentido fixar un prazo final para a terminación da obra ó amparo do artigo 97 do RLCAP, e mais cando depende de que se solucione previamente o expediente da liña de Fenosa, ó cal debería dárselle a máxima axilidade posible. Asemade, vista a porcentaxe de obra executada, apréciase unha certa relaxación por parte da empresa na obra non afectada por dita liña de alta tensión como se sinalou anteriormente. Parece mais razoable que se inicie un expediente para a resolución co contrato e, no caso de oposición por parte do contratista, se someta a consideración do Consello Consultivo da Comunidade Autónoma. Como poden existir responsabilidades tanto da administración como do contratista ó asinar a acta de comprobación de reformulo e executar ata o de agora a un baixo ritmo as obras, entendemos que, salvo que no expediente de resolución que se tramite no seu caso se aprecien outros feitos, en principio non procede a incautación da fianza nin o dereito a indemnización ó mesmo. Non obstante, dita decisión corresponde ó órgano de contratación, previo informe da comisión de seguimento...” Considerando.- Que a Administración en aras dunha mellor protección do interese público, ten a prerrogativa de suspender o contrato cando existan impedimentos que obstaculicen o seu cumprimento. Considerando.- Que o artigo 210 do R.d.l. 3/2001, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público establece que: “...Dentro de los límites y con sujeción a los requisitos y efectos señalados en la presente Ley, el órgano de contratación ostenta la prerrogativa de interpretar los contratos administrativos, resolver las dudas que ofrezca su cumplimiento, modificarlos por razones de interés público, acordar su resolución y determinar los efectos de ésta...” Considerando.- Que o artigo 220 do mesmo texto legal establece que: “Si la Administración acordase la suspensión del contrato o aquella tuviere lugar po la aplicación de lo dispuesto en el artículo 216, se levantará un acta en la que se consignará las circunstancias que la han motivado y la situación de hecho en la ejecución de aquel...” Considerando.- Que o artigo 103 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas recolle o seguinte: “1. El acta de suspensión a que se refiere el artículo 102 de la Ley será firmada por un representante del órgano de contratación y el contratista y deberá levantarse en el plazo máximo de dos días hábiles, contados desde el día siguiente a aquel en el que se acuerde la suspensión. 2. En el contrato de obras el acta a que se refiere el apartado anterior será también firmada por el director de la obra, debiendo unirse a la misma como anejo, en relación con la parte o partes suspendidas, la medición de la obra ejecutada y los materiales acopiados a pie de obra utilizables exclusivamente en las mismas. Dicho anejo deberá incorporarse en el plazo máximo de diez días hábiles conforme a la regla de cómputo establecida en el apartado anterior, prorrogable excepcionalmente hasta un mes, teniendo en cuenta la complejidad de los trabajos que incluye... “ Considerando.- Que o artigo 170 do mesmo texto legal establece que: “La suspensión definitiva de las obras sólo podrá tener lugar por motivo grave y mediante acuerdo del órgano de contratación, a propuesta del funcionario competente de la Administración.” Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Suspender na súa totalidade a execución do contrato “Reforma da casa da cultura de Vilanova de Arousa para auditorio multiusos”. 2. Requirir ó director de obra e ó contratista, para que no prazo de dous días hábiles, dende o día seguinte á notificación do presente acordo, formalicen acta de suspensión, debendo no prazo de dez días hábiles realizar un anexo ó acta, da medición da obra executada e materiais acopiados. 3. Requirir igualmente ó director dea obra para que de as ordes para realizar as actuacións necesarias para preservar a seguridade e conservación da obra, informando no prazo de dez días a contar dende ó dia seguinte á notificación deste acordo, das medidas necesarias a adoptar para a consecución de tal fin. 4. Iniciar o procedemento de resolución do contrato. 3.23863.- IMPOSICIÓN DE PENALIDADES POR INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL Á EMPRESA NORFORMACIÓN S.L. NA EXECUCIÓN DO CONTRATO PARA A IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN INCLUÍDOS NO PROXECTO AQUELANDO3, COFINANCIADO NUN 80% POLO FSE, (3ª QUENDA), LOTE 5: “AFDA0211 ANIMACIÓN FÍSICO DEPORTIVA E RECREATIVA” (PONTEVEDRA) E “SSCB0209 DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL” (PONTEVEDRA) Con data 28 de marzo de 2014 a Xunta de Goberno aprobou o expediente para a contratación mediante procedemento aberto da impartición da formación do proxecto Aquelando 3 (3ª quenda) cofinanciado nun 80% polo FSE, dividido en seis lotes de acordo co seguinte detalle: Nº Lote Curso Lugares de impartición Nº de edicións Lote 1 SSCM0108 Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais Pontevedra e O Grove 2 SSCI0109 Emprego doméstico Pontevedra e Ponteareas 2 HOTR0108 Operacións básicas de cociña O Porriño 1 Lote 2 SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio Pontevedra, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Valga e Cuntis 6 Lote 3 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais Pontevedra (2), Cambados, Valga, Ponteareas e Cuntis 6 Lote 4 SSCG0111 Xestión de chamadas de teleasistencia Pontevedra 1 Lote 5 SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil Pontevedra 1 AFDA0211 Animación físico deportiva e recreativa Pontevedra 1 Lote 6 SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Pontevedra e O Grove 2 SSCB0109 Dinamización comunitaria Valga 1 SSCG0109 Inserción laboral de persoas con discapacidade Pontevedra 1 Con data 9 de xullo de 2014, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria adoptou o acordo de adxudicación, mediante procedemento aberto, da impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto aQuelando3, (Terceira quenda), cofinanciado nun 80% polo FSE, resultando a empresa Norformación S.L. adxudicataria do Lote nº 5 de acordo co seguinte detalle: Nº Lote Empresa adxudicataria Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación Lote 5 Norformación, S.L. (CIF: B-36.343.218) SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil Pontevedra 1 20.180,67€ AFDA0211 Animación físico deportiva e recreativa Pontevedra 1 27.904,50€ TOTAL 48.085,17€ Nº Lote Acción formativa Duración do contrato en semanas Lote 5 SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil (Pontevedra) 60 AFDA0211 Animación físico deportiva e recreativa (Pontevedra) 60 Vistos os seguintes antecedentes: 1º.- Incumprimento da empresa Norformación S.L. (CIF B-36.343.218) respecto o curso “AFDA0211 Animación físico, deportiva e recreativa” (Pontevedra) incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 5. Resultando que.- Con data 22 de xullo de 2015 o Xefe de Sección do centro Príncipe Felipe emite informe en relación ó citado incumprimento contractual no que pon de manifesto o seguinte: “Con data 27 de marzo de 2015 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como se indica nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 27 de maio de 2015. Con data 23 de xuño de 2015, a empresa Norformación, S.L. presenta no rexistro da Deputación a memoria xustificativa da acción formativa. Tal e como se indica no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (3ª quenda), “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …”. Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3., “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 3 persoas”. A empresa Norformación, S.L., ofertou no sobre C de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 60 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….” Unha vez avalizadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando 3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a 3 demandantes de emprego cunha duración de 60 semanas cada demandante), considerase o seguinte: 1º Detéctase que, a pesar das tarefas realizadas, descritas na memoria de avaliación final da inserción laboral a empresa Norformación S.L. non consegue a inserción comprometida de tres demandantes de emprego cunha duración de 60 semanas cada demandante. Analízase o informe de conclusións presentado na memoria, baseado en varios estudios do INE no que se observa a difícil situación do mercado laboral no sector das actividades físicas e deportivas, pero esa situación xa existía antes de que a empresa Norformación S.L. presentara a oferta a esta contratación. A pesar de que na memoria de avaliación final da inserción laboral se reflexa que varios alumnos están pendentes dunha entrevista laboral ou contrato de traballo, o certo é que no prazo estipulado nos pregos de contratación para acadar a inserción laboral comprometida, a empresa Norformación S.L. non presenta ningún contrato ou proba dalgunha inserción laboral dos alumnos que realizaron o curso polo que se entende que non se insertou a ningún alumno. Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 100% do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato referente a esta acción formativa, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa Norformación, S.L., acada una valoración do porcentaxe de inserción ofertado de 15, o que supón un 100% da valoración total do criterio de inserción. (15) - Se a empresa incorre nun 100% de grado de incumprimento de inserción e trasladamos este porcentaxe ó peso global do contrato para esta acción formativa (17,46%), cifra que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción (15) en relación coa puntuación global obtida de 85,90 puntos, resulta un grado de incumprimento global do contrato de 17,46%. Mediante os datos obtidos anteriormente obtense a valoración da contía da penalización a aplicar: Prezo do contrato 27.904,50 € x 17,46% = 4.872,13 € Como esta cantidade supera o 10% máximo penalizable, a cantidade a penalizar sería a que resultara de aplicar ese 10% do prezo do contrato, (27.904,50 € x 10%= 2.790,45 €).” Resultando.- Que en base o citado informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse á empresa Norformación S.L. (CIF B-36.343.218) un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por convenientes. Resultando.- Que con data 7 de setembro de 2015 tivo entrada no rexistro xeral desta Deputación de Pontevedra escrito de alegacións da empresa Norformación S.L. respecto ó incumprimento contractual na impartición do curso “AFDA0211 Animación físico, deportiva e recreativa” (Pontevedra). Resultando que con data 24/09/2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe con respecto á citada alegación, no que se pon de manifesto o seguinte: Primeiro.- A empresa Norformación, S.L. alega que se teña en conta o penúltimo parágrafo do apartado B.2 do prego de prescricións técnicas particulares que rexen esta contratación para valorar o grao de inserción acadado pola mesma. Ademais alega que este parágrafo no se inclúe no informe emitido polo Xefe de sección do Centro Príncipe Felipe, feito que non é certo, xa que tras unha nova lectura dese informe, figura claramente reflexado ese texto. Segundo.- A empresa Norformación, S.L. alega que as penalidades deben ser proporcionais ó incumprimento e que non se valoraron as razóns esgrimidas no exposto nos apartados 6 e 7 da memoria xustificativa presentada por esta empresa. - Sobre este punto dicir que a penalidade é proporcional, xa que neste punto, entre as demais situacións de incumprimento posibles, debe ser valorado cun criterio obxectivo tal e como foi tratado na valoración da oferta presentada e tal como se indica nos criterios avaliables no sobre C do procedemento de contratación. Concretamente a valoración da oferta de inserción proposta pola empresa, (60 semanas de inserción para cada un das tres persoas que tiña a obriga de inserir).O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa Norformación, S.L., acada una valoración do porcentaxe de inserción ofertado de 15, o que supón un 100% da valoración total do criterio de inserción. (15) - Se a empresa incorre nun 100% de grado de incumprimento de inserción e trasladamos este porcentaxe ó peso global do contrato (17,46%), cifra que resulta de calcular el peso de la puntuación de la inserción (15) en relación con la puntuación global obtida de 85,90 puntos, resulta un grado de incumprimento global do contrato de 17,46%. As razóns esgrimidas no apartado 6 e 7 da memoria xustificativa presentada pola empresa xa foron tidas en conta á hora da valoración, pero enténdese que non se pode imputar ó alumnado a non inserción, dado que non houbo ningunha oferta en firme que fora rexeitada polo mesmo nin ningún documento que acredite este rexeitamento, soamente houbo posta en contacto de alumnado ou c.v. do mesmo con empresas ofertantes, ou o que é o mesmo, so houbo intermediación, pero sen éxito. O equipo técnico do proxecto non detecta circunstancias alleas ó adxudicatario que non permitisen a inserción, tales como por exemplo a falla de tecido empresarial no sector de animación física deportiva e recreativa, que non permitan a contratación, como si ocorreu no sector de chamadas de teleasistencia. A situación do mercado laboral actual non pode ser tida en conta, xa que esta situación xa existía antes de presentar a oferta a esta contratación. Terceiro.- A empresa tamén alega que as dificultades de inserción son sobrevenidas por non coñecer o perfil do alumnado seleccionado antes de facer a oferta. Ante esta alegación dicir que cando se convocan este tipo de concursos públicos, tanto na administración local como na autonómica para plans integrados de emprego, os datos que se coñecen son os dos perfís das persoas a seleccionar e non as circunstancias persoais do alumnado. Neste caso, os perfís das persoas para este curso de emprego doméstico de nivel III, xa ven intrínseco que son persoas como mínimo de nivel de bacherelato e a maioría sen experiencia no sector. Este dato ten que ser tido en contan na presentación das ofertas e polo tanto na dificultade de inserción deste colectivo. CONCLUSIÓN A xuízo do que subscribe, valóranse positivamente as actuacións levadas a cabo pola empresa Norformación, S.L. para a consecución, tanto do obxectivo da capacitación do alumnado, como para a consecución do obxectivo da inserción comprometida, se ben este último non se materializou, sendo un dos piares fundamentais para o proxecto aQuelando3 a consecución da inserción das persoas usuarias deste proxecto. En resumen, considero non executado o contrato correctamente no que respecta á inserción ofertada.” Resultando que mediante Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015022834 se acorda o seguinte: Aprobar o recoñecemento da obriga e ordenar o pago da factura nº Emit-28 de data 03/09/2015 presentada pola empresa Norformación S.L. (CIF B-36.343.218) por importe de 6.976,12 € en concepto de honorarios correspondentes ó 25 % pola impartición práctica da acción formativa “AFDA0211 Animación físico, deportiva e recreativa” (Pontevedra) incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á terceira quenda lote 5 e declarar de aboo o importe de 4.185,67 € unha vez deducida a cantidade de 2.790,45 € a que ascendería o importe da sanción proposta en concepto de penalidade por incumprimento contractual. 2º.- Incumprimento da empresa Norformación S.L. (CIF B-36.343.218) respecto ó contrato para a impartición do curso de formación “SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil” incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 5. Resultando que con data 28 agosto de 2015 o Xefe de Sección do centro Príncipe Felipe emite informe en relación ó citado incumprimento no que pon de manifesto o seguinte: “Con data 20 de xuño de 2015 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como se indica nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 20 de agosto de 2015. Con data 19 de agosto de 2015, a empresa Norformación, S.L. achega memoria final do curso. Tal e como se indica no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (3ª quenda), “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …”. Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3., “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 6 persoas”. A empresa Norformación, SL., ofertou no sobre C de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 60 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….” “En caso da non cobertura do compromiso de contratación, o contratista incorre automaticamente en incumprimento….” “Para os efectos de cumprimento do compromiso de contratación dunha determinada porcentaxe do alumnado, non se considerarán como incumprimento aquelas situacións nas que a non inserción sexa imputable ó alumnado ou a circunstancias alleas ó/á adxudicatario/a, a xuízo do equipo técnico do Proxecto aQuelando3”. Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato para esta acción formativa (obrigatoriedade de inserir a seis persoas demandantes de emprego cunha duración de 60 semanas cada demandante, considérase o seguinte: Primeiro. Obsérvase que, a pesar das tarefas realizadas, descritas na memoria de avaliación final da inserción laboral para esta acción formativa, e o esforzo realizado cara a inserción da empresa Norformación S.L., non consegue o obxectivo marcado de inserción comprometida de seis demandantes de emprego e 60 semanas de inserción para cada demandante. Segundo. Analízase o informe de conclusións das insercións presentado na memoria, baseado nun estudo da situación do mercado referido á ocupación do colectivo de dinamización de actividades de tempo libre e outras ocupacións relacionadas, onde se describe a situación das mesmas fronte ó mercado laboral e as dificultades que tivo a empresa adxudicataria para cumprir co compromiso de inserción comprometido por contrato para esta acción formativa. O equipo técnico do proxecto aquelando3 considera que esta situación de dificultade do mercado laboral no sector de empresas de dinamización e animación de actividades de tempo libre é unha situación xa existente antes de que a empresa Norformación S.L. presentara a oferta de 60 semanas de inserción e polo tanto, xa tiña, ou debería de ter coñecemento da mesma antes da presentación da oferta, considerando que non é unha situación sobrevenida que dificultara a inserción e non se considera allea a empresa adxudicataria. Terceiro. A empresa Norformación, S.L. foi adxudicataria para a impartición da formación do Lote 5 (3ª quenda) do proxecto aQuelando3, entre outras valoracións, pola oferta feita de 60 semanas de inserción, pola que acadou 15 puntos dos 85,90 totais na valoración total da oferta, fronte os 12 puntos obtidos dos 83,87 totais acadada pola segunda mellor oferta presentada que ofertou menos semanas de inserción. Polo exposto anteriormente, confírmase que o incumprimento desta oferta debe carrear a sanción económica correspondente. Cuarto. Das quince persoas que remataron o curso, nove non son susceptibles de inserción por causas alleas a empresa adxudicataria debido a diferentes situacións persoais que dificultan a inserción, ben porque xa están a traballar noutro sector, ou facendo outros cursos ou residindo fora da península ou non teñen vehículo propio para desprazamento. Quinto. As seis persoas restantes, a pesar de que na memoria de avaliación final da inserción laboral se reflexa que houbo intermediación laboral e incluso insercións, en ningún caso, e despois do contacto tido por teléfono coas persoas usuarias para verificar o seu recorrido laboral, xa que non se aportaron todos os contratos na memoria de xustificación, ningunha persoa tivo unha contratación con posibilidades de duración de sesenta semanas, que foi o tempo ofertado pola empresa Norformación, S.L. Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 100% do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato referente a esta acción formativa, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa Norformación, S.L., acada una valoración do porcentaxe de inserción ofertado de 15, o que supón un 100% da valoración total do criterio de inserción. (15). - Se a empresa incorre nun 100% de grado de incumprimento de inserción e trasladamos este porcentaxe ó peso global do contrato para esta acción formativa (17,46%), cifra que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción (15) en relación coa puntuación global obtida de 85,90 puntos, resulta un grado de incumprimento global do contrato de 17,46%. Mediante os datos obtidos anteriormente obtense a valoración da contía da penalización a aplicar: Prezo do contrato 20.180,67€ x 17,46% = 3.523,54 € Como esta cantidade supera o 10% máximo penalizable, a cantidade a penalizar sería a que resultara de aplicar ese 10% do prezo do contrato, (20.180,67€ x 10%= 2.018,06 €).” Resultando.- Que en base ó citado informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse á empresa Norformación S.L. (CIF B-36.343.218) un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por convintes. Resultando.- Que con data 22 de setembro de 2015 tivo entrada no rexistro xeral desta Deputación de Pontevedra escrito de alegacións da empresa Norformación S.L. (CIF.B36.343.218) respecto ó incumprimento contractual na impartición do curso “SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil” (Pontevedra). Resultando que con data 08/10/2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe con respecto a citada alegación, no que se pon de manifesto o seguinte: Primeiro.- A empresa Norformación, S.L. alega que se teña en conta o penúltimo parágrafo do apartado B.2 do prego de prescricións técnicas particulares que rexen esta contratación para valorar o grao de inserción acadado pola mesma. Este parágrafo xa te tivo en conta, xa que no informe de incumprimento do contrato se reflexa que nove persoas que participaron na acción formativa non son susceptibles de inserción por causa alleas a Norformación, S.L. Segundo.- A empresa Norformación, S.L. alega que as penalidades deben ser proporcionais ó incumprimento e que non se valoraron as razóns esgrimidas no exposto nos apartados 6 e 7 da memoria xustificativa presentada por esta empresa. - Sobre este punto dicir que a penalidade é proporcional, xa que este punto, entre as demais situacións de incumprimento posibles, debe ser valorado cun criterio obxectivo tal e como foi tratado na valoración da oferta presentada e tal como se indica nos criterios avaliables no sobre C do procedemento de contratación. Concretamente a valoración da oferta de inserción proposta pola empresa, (60 semanas de inserción para cada un das tres persoas que tiña a obriga de inserir).O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa Norformación, S.L., acada una valoración do porcentaxe de inserción ofertado de 15, o que supón un 100% da valoración total do criterio de inserción. (15). - Se a empresa incorre nun 100% de grado de incumprimento de inserción e trasladamos este porcentaxe ó peso global do contrato (17,46%), cifra que resulta de calcular el peso de la puntuación de la inserción (15) en relación con la puntuación global obtida de 85,90 puntos, resulta un grado de incumprimento global do contrato de 17,46%. As razóns esgrimidas no apartado 6 e 7 da memoria xustificativa presentada pola empresa xa foron tidas en conta á hora da valoración, pero enténdese que non se pode imputar ó alumnado a non inserción, dado que non houbo ningunha oferta en firme que fora rexeitada polo mesmo nin ningún documento que acredite este rexeitamento, soamente houbo posta en contacto de alumnado ou c.v. do mesmo con empresas ofertantes, ou o que é o mesmo, so houbo intermediación, pero sen éxito. O equipo técnico do proxecto non detecta circunstancias alleas ó adxudicatario que non permitisen a inserción, tales como por exemplo a falla de tecido empresarial no sector de dinamización de actividades de tempo libre infantil e xuvenil, que non permitan a contratación, como si ocorreu no sector de chamadas de teleasistencia. A situación do mercado laboral actual non pode ser tida en conta, xa que esta situación xa existía antes de presentar a oferta a esta contratación. Terceiro.- A empresa Norformación, s.l. alega falta de proporcionalidade, arbitrariedade e indefensión a causa de que: a. Inseriu a 8 participantes no citado curso sen superar o tempo de contratación comprometido de 60 semanas, pero que nun futuro poderían ter conseguido un contrato que suporía a súa superación e que no puido achegar os contratos porque o alumnado no os facilitou. Tamén alega que o equipo técnico de aQuelando3 verificase telefonicamente a situación laboral do alumnado e non mediante outros medios. En canto a este punto considérase que as posibles futuras contratacións non deberían terse en conta dado que tal como se indica nos pregos técnicos de contratación deste servizo, no seu apartado B2 …” As ofertas deberán complementarse, de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que se chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos. Valoraranse positivamente as propostas que maior número de alumnado propoñan contratar ó finalizar a acción formativa, así como, a duración da mesma (nº de semanas de duración). O prazo para a consecución da inserción será de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da finalización do programa formativo, establecido nas condicións particulares para cada unha das accións formativas recollidas nos presentes pregos. A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados pola empresa adxudicataria ó Proxecto aQuelando3. Neste sentido, tan só serán computables aqueles contratos que estean directamente relacionados coas competencias profesionais correspondentes ó curso e xestionados directamente polo/a adxudicatario/a, quedando excluídos os contratos xestionados polo propio alumnado ou a través da intermediación do equipo técnico do Proxecto aQuelando3…” , se indica claramente que nos dous meses seguintes ó remate da acción formativa habería que inserir ó alumnado coas condicións propostas pola empresa, neste caso sesenta semanas de inserción. A citada empresa indica na memoria e nos contratos que puido aportar, a situación laboral do citado alumnado e este non cumpría o tempo de contratación comprometido pola empresa, é polo que o equipo técnico do proxecto aQuelando3, en vez de limitarse ó exposto na memoria de xustificación, o que sería suficiente para emitir o informe de penalidades, en aras de clarexar a situación actual do alumnado e de ter información mais fiable e actual da situación laboral do alumnado, por si alguén puidera ter opcións de maior contratación e así axustar as penalidades a situación real, verificou o estado laboral do alumnado polos medios mais beneficiosos para a empresa, xa que polo indicado na vida laboral do alumnado, ningunha persoa superaba o tempo comprometido de inserción e tampouco se podería verificar se nun futuro próximo conseguirían unha inserción susceptible de superar as 60 semanas e así poder enmarcar ó alumnado como inserido, cumprindo o compromiso de contratación adquirido co proxecto pola empresa Norformación, S.L. b. A empresa alega que non tiña coñecemento do perfil do alumnado a inserir. Ante esta alegación dicir que cando se convocan este tipo de concursos públicos, tanto na administración local como na autonómica para plans integrados de emprego, os datos que se coñecen son os dos perfís das persoas a seleccionar e non as circunstancias persoais do alumnado. Neste caso, os perfís das persoas para este curso de Dinamización de actividades de tempo libre infantil e xuvenil de nivel II, xa ven intrínseco que son persoas como mínimo de nivel da ESO e a maioría sen experiencia no sector. Este dato ten que ser tido en contan na presentación das ofertas e polo tanto na dificultade de inserción deste colectivo. c. A empresa alega que a porcentaxe de inserción foi trocada de forma allea á mesma. Este dato non é certo, xa que a obrigatoriedade é de inserir a un determinado número de alumnado, neste caso 6 persoas. Se unha vez rematada a acción formativa hai persoas que por causa alleas á empresa beneficiaria non poden ser inseridas, á obrigatoriedade é a mesma, incluso se baixara por causas alleas á mesma por debaixo de seis persoas, este dato beneficiaria á empresa xa que ten que facer menor esforzo por ter menor alumnado a inserir. Por outro lado, a empresa alega que o equipo técnico do proxecto aQuelando3 baseara o incumprimento da inserción en contacto telefónico co alumnado sen aportar ningún documento. Vólvese a insistir dende o equipo técnico de aQuelando3 que a empresa tal e como se indica no prego técnico que rexe esta contratación, no seu apartado B2 que “..A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….”, feito que esta empresa non cumpriu na súa totalidade na memoria xustificativa limitándose a facer observacións do tipo “..finalizando a parte teórica, a alumna comezou a traballar no sector de ocio e non enviou ningún documento acreditativo..”. O equipo técnico do proxecto aQuelando3, en vez de limitarse a valorar a memoria xustificativa e actuar en consecuencia, fixo o esforzo de contactar, verificar, e pedir documentación acreditativa ó alumnado en aras de elaborar un informe, neste caso de penalidades ó mais axustado á realidade, incluso valorando positivamente para a empresa as situacións actuais de algún alumnado. Cuarto.- No punto quinto das alegacións presentadas pola empresa Norformación, S.L. indica que “.. a falta de comprobación fehaciente das insercións conleva automáticamente a invalidez da resolución …”. Nesta apartado referímonos ó exposto no anterior punto, no que se indica que a comprobación fehaciente da memoria de xustificación aportada pola empresa Norformación, S.L. debería basearse, tal e como se indica nos pregos de contratación, na comprobación do exposto e apoiado documentalmente pola empresa, tal e como reza no antedito paragrafo do punto B.2. Vólvese a insistir que dende o proxecto aQuelando3, fixéronse as comprobacións oportunas, incluso excedendo as funcións deste equipo, xa que se verificou participante por participante, a situación laboral actual e posibilidades de inserción futuras de cada un deles, cos medios a nosa disposición para poder avaliar con garantías as insercións acadadas pola empresa. CONCLUSIÓN A xuízo do que subscribe, valóranse positivamente as actuacións levadas a cabo pola empresa Norformación,S.L. para a consecución, tanto do obxectivo da capacitación do alumnado, como para a consecución do obxectivo da inserción comprometida, se ben este último non se materializou, sendo un dos piares fundamentais para o proxecto aQuelando3 a consecución da inserción das persoas usuarias deste proxecto. En resumen, considero non executado o contrato correctamente no que respecta á inserción ofertada. Resultando que mediante Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015023028 se acorda o seguinte: Aprobar o recoñecemento da obriga e ordenar o pago da factura nº Emit-31 de data 08/09/2015 presentada pola empresa Norformación S.L. por importe de 5.045,17 € en concepto de honorarios correspondentes ó 25 % pola impartición práctica da acción formativa “SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil” (Pontevedra), incluída no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á terceira quenda lote 5 e declarar de aboo o importe de 3.027,11 € unha vez deducida a cantidade de 2.018,06 € a que ascendería o importe da sanción proposta en concepto de penalidade por incumprimento contractual. Considerando.- Que o artigo 212 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), establece que “os pregos ou o documento contractual poderán prever penalidades para o caso de cumprimento defectuoso da prestación obxecto do mesmo …” “Estas penalidades deberán ser proporcionais a gravidade do incumprimento e a súa contía non poderá ser superior ó 10% do orzamento do contrato”. Considerando.- Que o apartado 8 do artigo 212 do TRLCSP establece que “ As penalidades se imporán por acordo do órgano de contratación, aprobado a proposta do responsable do contrato se se tivese designado, que será inmediatamente executivo e se farán efectivas mediante dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban pagarse o contratista ou sobre a garantia que, no seu caso, se tivese constituído, cando non poidan deducirse das mencionadas certificacións.” Visto o informe emitido polo Xefe do Servizo de Contratación, de data 15 de outubro. Visto o informe de fiscalización emitido polo Servizo de Intervención de data de 2015. Considerando.- Que a Disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011 no se apartado 1 faculta ó Ilmo Sr Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Desestimar a alegación presentada e impoñer á empresa Norformación S.L. (CIF.B36.343.218) unha penalidade polo incumprimento contractual correspondente á impartición do curso “AFDA0211 Animación físico, deportiva e recreativa” (Pontevedra) incluído no Proxecto Aquelando 3, 3ª quenda lote 5, polo importe de 2.790,45 €. Dito importe xa foi deducido da factura nº Emit-28 emitida pola empresa Norformación S.L., correspondentes ó 25% da impartición práctica da citada acción formativa de conformidade coa Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015022834 antes sinalada. 2.- Desestimar a alegación presentada e impoñer á empresa Norformación S.L. (CIF.B36.343.218) unha penalidade por incumprimento contractual correspondente á impartición do curso “SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil” (Pontevedra), incluído no Proxecto Aquelando 3, 3ª quenda lote 5, polo importe de 2.018,06€. Dito importe xa foi deducido da factura nºEmit-31 emitida pola empresa Norformación S.L., correspondentes ó 25% da impartición práctica da citada acción formativa de conformidade coa Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015023028 antes sinalada. 4.23864.- IMPOSICIÓN DE PENALIDADES POR INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL Á EMPRESA FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS SL , NA EXECUCIÓN DO CONTRATO PARA A IMPARTICIÓN DO CURSO DE FORMACIÓN “SSCB0109 DINAMIZACIÓN COMUNITARIA” (VALGA), INCLUÍDO NO PROXECTO AQUELANDO3, COFINANCIADO NUN 80% POLO FSE, (3ª QUENDA), LOTE 6 Con data 28 de marzo de 2014 a Xunta de Goberno aprobou o expediente para a contratación mediante procedemento aberto da impartición da formación do proxecto Aquelando 3 (3ª quenda) cofinanciado nun 80% polo FSE, dividido en seis lotes de acordo co seguinte detalle: Nº Lote Curso Lugares de impartición Nº de edicións Lote 1 SSCM0108 Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais Pontevedra e O Grove 2 SSCI0109 Emprego doméstico Pontevedra e Ponteareas 2 HOTR0108 Operacións básicas de cociña O Porriño 1 Lote 2 SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio Pontevedra, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Valga e Cuntis 6 Lote 3 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais Pontevedra (2), Cambados, Valga, Ponteareas e Cuntis 6 Lote 4 SSCG0111 Xestión de chamadas de teleasistencia Pontevedra 1 Lote 5 SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil Pontevedra 1 AFDA0211 Animación físico deportiva e recreativa Pontevedra 1 Lote 6 SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Pontevedra e O Grove 2 SSCB0109 Dinamización comunitaria Valga 1 SSCG0109 Inserción laboral de persoas con discapacidade Pontevedra 1 Con data 9 de xullo de 2014, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria adoptou o acordo de adxudicación, mediante procedemento aberto, da impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto aQuelando3, (Terceira quenda), cofinanciado nun 80% polo FSE., resultando adxudicataria do Lote nº 6 correspondente, ó curso, (entre outros), de “SSCB0109 Dinamización comunitaria” (Valga), á empresa Formagal, Formación y Servicios SL, por un prezo ofertado de 34.039,00 €, exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE e un compromiso de contratación de tres persoas cunha duración de 60 semanas de contrato para cada unha delas. Con data 7 agosto de 2015 o Xefe de Sección do centro Príncipe Felipe emite un informe no que pon de manifesto o seguinte: Con data 25 de marzo de 2015 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como se indica nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 25 de maio de 2015. Con data 7 de maio de 2015 a empresa Formagal Formación y Servicios SL remite un escrito solicitando unha prórroga no prazo de execución co fin de acadar a inserción laboral comprometida. Con data 22 de maio de 2015 a Xunta de Goberno desta Deputación acorda conceder a prórroga solicitada pola empresa Formagal, Formación y Servicios SL estipulando a data límite no 20 de xullo de 2015. Con data 17 e 20 de xullo de 2015 a empresa Formagal, Formación y Servicios SL achega a memoria xustificativa da impartición da acción formativa. Tal e como se indica no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (3ª quenda), “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3., “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 3 persoas” A empresa Formagal, Formación y Servicios SL ofertou no sobre B de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 60 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a 3 demandantes de emprego cunha duración de 60 semanas cada demandante), considérase o seguinte: Observase que na memoria de avaliación final da inserción laboral, a empresa Formagal, Formación y Servicios SL solo consigue a inserción dunha das tres persoas demandantes de emprego comprometidas por contrato cunha duración de 60 semanas. No informe de intermediación laboral achegado pola empresa amósase que solo realizou unha oferta de traballo como Técnico comunitario de dúas horas de duración una dia a semana, na localidade de Pontevedra que dista 40 km de Valga (localidade onde se impartiu o curso e onde reside a maioría do alumnado). Considérase desde o equipo técnico do proxecto Aquelando 3 que a oferta de emprego é de baixa calidade o que se reafirma nas razóns alegadas por catro persoas asistentes o curso para renucicar a esta oferta. Ante esta situación a empresa debeu de ofrecer outras ofertas de emprego para ampliar o abano de posibilidades de inserción do número de persoas desempregadas e así poder acadar o obxectivo de contratación comprometido por contrato, máxime canda a esta empresa aprobóuselle unha prórroga a tal fin. Despois de analizar estes feitos o equipo técnico do proxecto Aquelando 3 non considera que as razóns de non inserción sexan imputables o alumnado ou razóns sobrevidas a empresa polo tanto a empresa Formgal Formación y Servicios SL esá a incorrer nun incumprimento parcial do contrato. Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 66,67 % do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa Formagal Formación y Servicios SL acada unha valoración da porcentaxe de inserción de 15 puntos, o que supón o 100 % da valoración total do criterio de inserción. (15 puntos). Se a empresa incorre nun 66,67 % de grado de incumprimento de inserción e trasladamos esta porcentaxe ó peso global do contrato (17,48 %), cantidade que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción en relación coa puntuación global obtida pola empresa (85,83 puntos) resulta un grado de incumprimento global do contrato de 11,64 %.” Mediante os datos de incumprimento indicados anteriormente obtense a valoración da contía da penalidade a aplicar, que sería a seguinte: Prezo do contrato 34.039,00 € x 11,64 % = 3.962,13 € Dito importe, supera o 10 % máximo penalizable polo que a cantidade a penalizar sería a que resultara de aplicar ese 10% o prezo do contrato: Prezo do contrato 34.039,00 € x 10,00 % = 3.403,90 € Resultando.- Que en base o citado informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse a empresa Formagal, Formación y Servicios SL un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por conveniente. Resultando.- Que finalizado o prazo de 10 días hábiles para efectuar alegacións, a empresa Formagal, Formación y Servicios SL non efectuou ningunha alegación. Resultando.- Que mediante Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015023125 de data 24/09/2015 se acorda o seguinte: Aprobar o recoñecemento da obriga e ordenar o pago da factura nº 44/15 de data 10/09/2015 presentada pola empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. por importe de 8.509,75 € en concepto de honorarios correspondentes ó 25 % pola impartición práctica da acción formativa “SSCB0109 Dinamización comunitaria” (Valga), incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á terceira quenda lote 6 e declarar de aboo o importe de 5.105,85 € unha vez deducida a cantidade de 3.403,90 € a que ascendería o importe da sanción proposta en concepto de penalidade por incumprimento contractual. Considerando.- Que o artigo 212 do R.d.l. 3/2011 de 14 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), establece que “os pregos ou o documento contractual poderán prever penalidades para o caso de cumprimento defectuoso da prestación obxecto do mesmo …”. “Estas penalidades deberán ser proporcionais a gravidade do incumprimento e a súa contía non poderá ser superior ó 10% do orzamento do contrato”. Considerando.- Que o apartado 8 do artigo 212 do TRLCSP establece que “ As penalidades se imporán por acordo do órgano de contratación, aprobado a proposta do responsable do contrato se se tivese designado, que será inmediatamente executivo e se farán efectivas mediante dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban pagarse o contratista ou sobre a garantía que, no seu caso, se tivese constituído, cando non poidan deducirse das mencionadas certificacións.” Considerando:- Que o artigo 221.1 do TRLCSP establece que “O contrato se entenderá cumprido polo contratista cando este realizara, de acordo cos termos do mesmo e a satisfacción da Administración a totalidade da prestación”. Visto o informe emitido polo Xefe do Servizo de Contratación, de data 20 de outubro de 2015, no que se considera que se cumpren os requisitos establecidos legalmente para elevar o órgano de contratación, neste caso a Xunta de Goberno, a imposición da citada penalidade. Visto o informe de fiscalización do expediente emitido por intervención. Considerando.- Que a Disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011 no seu apartado 1 faculta ó Ilmo Sr Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete a Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Impoñer á empresa Formagal, Formación y Servicios SL (CIF B-36.477.677) unha penalidade por incumprimento do contrato para a impartición do curso de formación “SSCB0109 Dinamización comunitaria” (Valga), incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á terceira quenda lote 6, por importe de 3.403,90 €. Dito importe xa foi deducido da factura nº 44/15 presentada pola empresa Formagal Formación y Servicios SL segundo Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015023125. 5.23865.- IMPOSICIÓN DE PENALIDADES POR INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL Á EMPRESA UTE FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS SL – IDADES S.L., NA EXECUCIÓN DO CONTRATO PARA A IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN INCLUÍDOS NO PROXECTO AQUELANDO3, COFINANCIADO NUN 80% POLO FSE, (3ª QUENDA), LOTE 2: “SSCS0108 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO” EN MOAÑA, O PORRIÑO E VALGA Con data 28 de marzo de 2014 a Xunta de Goberno aprobou o expediente para a contratación mediante procedemento aberto da impartición da formación do proxecto Aquelando 3 (3ª quenda) cofinanciado nun 80% polo FSE, dividido en seis lotes de acordo co seguinte detalle: Nº Lote Curso Lugares de impartición Nº de edicións Lote 1 SSCM0108 Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais Pontevedra e O Grove 2 SSCI0109 Emprego doméstico Pontevedra e Ponteareas 2 HOTR0108 Operacións básicas de cociña O Porriño 1 Lote 2 SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio Pontevedra, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Valga e Cuntis 6 Lote 3 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais Pontevedra (2), Cambados, Valga, Ponteareas e Cuntis 6 Lote 4 SSCG0111 Xestión de chamadas de teleasistencia Pontevedra 1 Lote 5 SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil Pontevedra 1 AFDA0211 Animación físico deportiva e recreativa Pontevedra 1 Lote 6 SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Pontevedra e O Grove 2 SSCB0109 Dinamización comunitaria Valga 1 SSCG0109 Inserción laboral de persoas con discapacidade Pontevedra 1 Con data 9 de xullo de 2014, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria adoptou o acordo de adxudicación, mediante procedemento aberto, da impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto aQuelando3, (Terceira quenda), cofinanciado nun 80% polo FSE, resultando a empresa UTE Formagal, Formación y Servicios S.L. adxudicataria do Lote nº 2 correspondente, entre outros, os cursos de: Nº Lote Empresa adxudicataria Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de adxudicación Lote 2 UTE Formagal Formación, S.L. (NIF: B-36.477.677)–Idades,S.L.(CIF:B-36.577.542) SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio Pontevedra, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Valga e Cuntis 6 161.226,00€ TOTAL 161.226,00€ Nº Lote Acción formativa Duración do contrato en semanas Lote 2 “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (Pontevedra) 60 “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (Moaña) 60 “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (Ponteareas) 60 “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (O Porriño) 60 “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (Valga) 60 “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (Cuntis) 60 Total Media Aritmética=(Suma de semanas ofertadas para cada curso /6) 60 Vistos os seguintes antecedentes: 1º.- Incumprimento da empresa UTE Formagal Formación y Servicios S.L.- Idades S.L. respecto ó contrato para a impartición do curso de formación “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” en Moaña, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 2. Resultando que.- Con data 11 agosto de 2015 o Xefe de Sección do centro Príncipe Felipe informe en relación o citado incumprimento contractual no que pon de manifesto o seguinte: “Con data 27 de maio de 2015 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como se indica nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 27 de xullo de 2015. Con data 27 de xullo de 2015 a citada UTE achega a memoria completa xustificativa do remate da impartición da citada acción formativa. Tal e como se indica no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (3ª quenda), “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3., “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 9 persoas”. A UTE Formagal, Formación y Servicios SL – Idades SL (CIF U-94.106.242) ofertou no sobre B de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 60 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a 3 demandantes de emprego cunha duración de 60 semanas cada demandante), considérase o seguinte: Na memoria de avaliación final da inserción laboral, a empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL- Idades SL (CIF U-94.106.242) consigue a inserción efectiva de tres das nove persoas comprometidas por contrato cunha duración de 60 semanas. No informe de inserción laboral achegado pola empresa figuran seis xustificacións do alumnado de distinta índole que imposibilitan a súa inserción e que polo tanto non se teñen en conta a efectos de incumprimento, xa que se considera que a súa non inserción é imputable o alumnado. No citado informe figura a xustificación da non inserción de D. Miguel Angel Martínez Otero argumentando que será contratado en agosto para unha substitución de vacacións dunha traballadora en Idades SL. Dende o equipo técnico de Aquelando 3 non se acepta este argumento, e ademais unha vez mantida conversa telefónica co alumno esta aínda non fora contratado e a súa contratación non suporía 60 semanas. Despois de analizar os feitos o equipo técnico do proxecto Aquelando 3 considera que nun dos casos a razón da non inserción polo tempo de 60 semanas, non é imputable o alumnado ou razóns sobrevenidas da empresa polo tanto a empresa está a incorrer nun incumprimento parcial do contrato. Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 11,11 % do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa UTE Formagal Formación y Servicios SL- Idades SL (CIF U-94.106.242) acada unha valoración da porcentaxe de inserción de 15 puntos, o que supón o 100 % da valoración total do criterio de inserción. (15 puntos). - Se a empresa incorre nun 11,11 % de grado de incumprimento (xa que non inserta a unha das nove persoas das que tiña a obriga) e trasladamos esta porcentaxe ó peso global do contrato (18,47 %), cantidade que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción en relación coa puntuación global obtida pola empresa (81,22 puntos) resulta un grado de incumplimento global do contrato de 2,05%.” Mediante os datos de incumprimento indicados anteriormente obtense a valoración da contía da penalidade a aplicar, que sería a seguinte: Prezo do curso 26.871,00 € x 2,05 % = 550,86 € Resultando.- Que en base o citado informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse a empresa UTE Formagal, Formación y Servicios S.L. – Idades S.L. un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por convenientes. Resultando.- Que con data 4 de setembro de 2015 tivo entrada no rexistro xeral desta Deputación de Pontevedra escrito de alegacións da empresa UTE Formagal, Formación y Servicios S.L. – Idades S.L. respecto o incumprimento contractual na impartición do curso “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” en Moaña. Resultando que con data 24/09/2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe con respecto a citada alegación, no que se pon de manifesto o seguinte: “Primeiro.- A UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L. aporta no seu documento de alegacións, o contrato laboral da persoa que faltaba por inserir para cumprir co compromiso de inserción adquirido pola mesma e estipulado no contrato firmado coa Deputación de Pontevedra. Ademais, o contrato axústase ó compromiso adquirido pola empresa de inserir por un período de 60 semanas a este demandante de emprego. CONCLUSIÓN A xuízo do que subscribe, valórase positivamente as alegacións aportada pola UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L. e considera que se cumpre o compromiso de inserción acadado pola citada UTE coa Deputación de Pontevedra. En resumen, considero executado o contrato correctamente no que respecta á inserción ofertada.” Resultando que mediante Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015022832 se acorda o seguinte: Aprobar o recoñecemento da obriga e ordenar o pago da factura nº 12/15 de data 09/09/2015 presentada pola empresa UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L. por importe de 6.717,75 € en concepto de honorarios correspondentes ó 25 % pola impartición práctica da acción formativa “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” en Moaña, incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á terceira quenda lote 2 e declarar de aboo o importe de 6.136,89 € unha vez deducida a cantidade de 580,86 € a que ascendería o importe da sanción proposta en concepto de penalidade por incumprimento contractual. 2º.- Incumprimento da empresa UTE Formagal Formación y Servicios S.L.- Idades S.L. respecto ó contrato para a impartición do curso de formación “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” en O Porriño, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 2. Resultando que.- Con data 12 agosto de 2015 o Xefe de Sección do centro Príncipe Felipe emite un informe en relación o citado incumprimento contractual, no que pon de manifesto o seguinte: “Con data 20 de maio de 2015 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como se indica nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 7 de xullo de 2015. Con data 20 de xullo de 2015 a citada UTE achega a memoria completa xustificativa do remate da citada acción formativa. Tal e como se indica no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (3ª quenda), “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3, “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 9 persoas”. A UTE Formagal, Formación y Servicios SL – Idades SL (CIF U-94.106.242) ofertou no sobre B de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 60 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a 3 demandantes de emprego cunha duración de 60 semanas cada demandante), considérase o seguinte: Na memoria de avaliación final da inserción laboral, a empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL- Idades SL (CIF U-94.106.242) consigue a inserción efectiva de tres das nove persoas comprometidas por contrato cunha duración de 60 semanas. No informe de inserción laboral achegado pola empresa figuran once xustificacións do alumnado de distinta índole que imposibilitan a súa inserción e que polo tanto non se teñen en conta a efectos de incumprimento, xa que se considera que a súa non inserción é imputable o alumnado. No citado informe figura a xustificación mediante contrato de Dª Yolanda Lorenzo Vila na empresa Idades SL con data de inicio o 10 de xuño de 2015 pero no que non figura data de finalización. Unha vez contactado con Dª Yolanda Lorenzo indica que ten previsto rematar o contrato en outubro de 2015, polo tanto non se cumpre o compromiso de inserción de 60 semanas. Despois de analizar os feitos o equipo técnico do proxecto Aquelando 3 considera que nun dos casos a razón da non inserción polo tempo de 60 semanas, non é imputable o alumnado ou razóns sobrevenidas da empresa polo tanto a empresa está a incorrer nun incumprimento parcial do contrato. Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 11,11 % do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa UTE Formagal Formación y Servicios SL- Idades SL acada unha valoración da porcentaxe de inserción de 15 puntos, o que supón o 100 % da valoración total do criterio de inserción. (15 puntos). - Se a empresa incorre nun 11,11 % de grado de incumprimento (xa que non inserta a unha das nove persoas das que tiña a obriga) e trasladamos esta porcentaxe ó peso global do contrato (18,47 %), cantidade que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción en relación coa puntuación global obtida pola empresa (81,22 puntos) resulta un grado de incumprimento global do contrato de 2,05%.” Mediante os datos de incumprimento indicados anteriormente obtense a valoración da contía da penalidade a aplicar, que sería a seguinte: Prezo do curso: 26.871,00 € x 2,05 % = 550,86 €. Resultando.- Que en base o citado informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse a empresa UTE Formagal, Formación y Servicios S.L. – Idades S.L. un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por convenientes. Resultando.- Que con data 4 de setembro de 2015 tivo entrada no rexistro xeral desta Deputación de Pontevedra escrito de alegacións da empresa UTE Formagal, Formación y Servicios S.L. – Idades S.L. respecto o incumprimento contractual na impartición do curso “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” en O Porriño. Resultando que con data 24/09/2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe con respecto a citada alegación, no que se pon de manifesto o seguinte: “A UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L. aporta no seu documento de alegacións, a prórroga do contrato laboral, (cubrindo as sesenta semanas), da persoa que non cumpría o período de contratación comprometido, segundo se estipula nos pregos de contratación que rexen a impartición da acción formativa. CONCLUSIÓN A xuízo do que subscribe, valórase positivamente as alegacións aportada pola UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L. e considera que se cumpre o compromiso de inserción acadado pola citada UTE coa Deputación de Pontevedra. En resumen, considero executado o contrato correctamente no que respecta á inserción ofertada.” Resultando que mediante Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015022831 se acorda o seguinte: Aprobar o recoñecemento da obriga e ordenar o pago da factura nº 11/15 de data 09/09/2015 presentada pola empresa UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L. por importe de 6.717,75 € en concepto de honorarios correspondentes o 25 % pola impartición práctica da acción formativa “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” en O Porriño, incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á terceira quenda lote 2 e declarar de aboo o importe de 6.166,89 € unha vez deducida a cantidade de 550,86 € a que ascendería o importe da sanción proposta en concepto de penalidade por incumprimento contractual. 3º.-Incumprimento da empresa UTE Formagal Formación y Servicios S.L.- Idades S.L. respecto ó contrato para a impartición do curso de formación “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” en Valga, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 2. Resultando que con data 11 agosto de 2015 o Xefe de Sección do centro Príncipe Felipe emite un informe en relación o citado incumprimento, no que pon de manifesto o seguinte: Con data 7 de maio de 2015 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como se indica nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 7 de xullo de 2015. Con data 7 de xullo de 2015 a citada UTE achega a memoria completa xustificicativa da impartición da citada acción formativa. Tal e como se indica no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (3ª quenda), “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos…” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3, “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 9 persoas”. A UTE Formagal, Formación y Servicios SL – Idades SL (CIF U-94.106.242) ofertou no sobre B de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 60 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3…” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a 3 demandantes de emprego cunha duración de 60 semanas cada demandante), considérase o seguinte: Na memoria de avaliación final da inserción laboral, a empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL- Idades SL (CIF U-94.106.242) consigue a inserción efectiva de tres das nove persoas comprometidas por contrato cunha duración de 60 semanas. Aporta o contrato dunha persoa pero non cumpre o período de contratación comprometido de 60 semanas, xa que comeza a traballar o 13 de maio de 2015 e no dia de realización do presente informe e unha vez contactado coa demandante de emprego xa non está a traballar. No informe de inserción laboral achegado pola empresa figuran sete persoas que xa acadaron a inserción laboral pola súa conta, polo tanto non se teñen en conta a efectos de incumprimento xa que se consideran tal e como se indica nos pregos de contratación que a súa non inserción por parte da empresa adxudicataria é imputable o alumnado. Así mesmo figura unha persoa que non pode aceptar ofertas de emprego por non ter permiso de condución, feito que tampouco é imputable a empresa. Neste punto destácase que na memoria figura unha persoa que non acepta a oferta de emprego de tres horas diarias na localidade de Barro, xa que reside en A Estrada e o salario non lle cubre o gasto de desprazamento. Neste sentido o equipo técnico do proxecto aquelando 3 considera que se lle debeu ofertar un posto que cubrira minimamente e compensara economicamente. O equipo técnico do proxecto Aquelando 3 considera que ademais dos tres contratos efectivos tamén se deberon aportar contratos de dúas persoas mais (a persoa que non cumpre as 60 semanas de contrato e a persoa que rexeita o traballo pola distancia do seu domicilio) Despois de analizar estes feitos o equipo técnico do proxecto Aquelando 3 considera que en dous casos as razóns da non inserción non son imputables o alumnado ou razóns sobrevenidas a empresa, polo tanto a empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL – Idades SL esta a incorrer en incumprimento parcial do contrato. Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 22,22 % do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa UTE Formagal Formación y Servicios SL- Idades SL acada unha valoración da porcentaxe de inserción de 15 puntos, o que supón o 100 % da valoración total do criterio de inserción. (15 puntos). - Se a empresa incorre nun 22,22 % de grado de incumprimento (xa que non inserta a dúas das nove persoas das que tiña a obriga) e trasladamos esta porcentaxe ó peso global do contrato (18,47 %), cantidade que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción en relación coa puntuación global obtida pola empresa (81,22 puntos) resulta un grado de incumprimento global do contrato de 4,1%.” Mediante os datos de incumprimento indicados anteriormente obtense a valoración da contía da penalidade a aplicar, que sería a seguinte: Prezo do curso 26.871,00 € x 4,1 % = 1.101,71 €. Resultando.- Que en base o citado informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse a empresa UTE Formagal, Formación y Servicios S.L. – Idades S.L. un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por convenientes. Resultando.- Que con data 4 de setembro de 2015 tivo entrada no rexistro xeral desta Deputación de Pontevedra escrito de alegacións da empresa UTE Formagal, Formación y Servicios S.L. – Idades S.L. respecto o incumprimento contractual na impartición do curso “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” en Valga. Resultando que con data 24/09/2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe con respecto a citada alegación, no que se pon de manifesto o seguinte: Con data 26 de agosto de 2015, foille notificada á UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L. o incumprimento respecto ó contrato para a impartición do curso de formación “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” en Valga, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 2. O incumprimento baseábase en dous puntos: a. A UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L. xustifica a inserción dunha alumna na empresa Limpofogar, S.L. sen que se superaran as 60 semanas de duración de contrato mínimas comprometidas na súa oferta aportada no concurso para a contratación da impartición da acción formativa indicada do proxecto aquelando3. b. Na memoria xustificativa aportada pola citada UTE figura unha persoa que renuncia a unha oferta de emprego de tres horas diarias na localidade de Barro, xa que reside en A Estrada y o salario non lle cubre o gasto de desprazamento. O equipo técnico do proxecto aQuelando3, considerou que esta renuncia non podía ser aportada pola empresa como xustificación da non inserción imputable á alumna xa que non era unha oferta laboral coherente que cubrira as expectativas mínimas da alumna. Con data 4 de setembro de 2015 a UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L. emite documento de alegacións contra a notificación de dito incumprimento contractual. FEITOS Primeiro.- A UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L. indica no punto primeiro do seu documento de alegacións, que cometeu un erro á hora de calificar a situación da alumna contratada pola empresa Limpofogar, S.L., xa que a incluíu a mesma como alumna inserida por intermediación da inserción pola propia empresa, cando o que quería indicar é que a alumna conseguiu a contratación por medios propios e polo tanto xa estaba a traballar e rexeitou a oferta de emprego ofrecida pola citada UTE. Segundo.- En canto o apartado b) dos antecedentes citados, a UTE Formagal, Formación y Servicios,S.L.– Idades, S.L., alega no documento aportado que a alumna rexeita por dúas veces unha oferta de traballo, unha oferta en Barro, que xa foi considerada polo equipo técnico do proxecto aQuelando3 como inadecuada pola distancia ó seu domicilio e condicións económicas e outra oferta no concello de Cerdedo por 5 horas diarias en quendas. A UTE tamén indica nesta alegación, que as ofertas de emprego ofrecidas axústanse na súa integridade ó Prego, dado que en ningunha das condicións do mesmo establécese que as ofertas de emprego do alumnado deban implicar a prestación de servizos nun determinado lugar preto do domicilio destes últimos, nin tampouco que o emprego ofertado teña que axustarse ó horario mínimo. CONCLUSIÓN A xuízo do que subscribe, infórmase: Primeiro.- Que debe de aceptarse a alegación da UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L., en canto o erro cometido á hora de calificar a situación laboral da alumna, xa que cando a citada UTE tentou realizar a súa intermediación laboral, a alumna xa estaba a traballar na empresa Limpafogar, S.L., polo que se debería aceptar que a situación da non inserción non sexa imputable a UTE adxudicataria e polo tanto non consideralo como incumprimento. Segundo.- En canto ó punto segundo do apartado dos feitos, non se deben aceptar as alegacións esgrimidas pola UTE adxudicataria, xa que aínda que é certo que non se estipula nos pregos de condicións técnicas que regulamentan esta contratación, que as contratacións teñan que ser por un horario mínimo e nun lugar preto do demandante de emprego participante no a acción formativa, se é certo que no apartado B.2 do prego de prescricións técnicas particulares que rexen a contratación por procedemento aberto, por lotes, da impartición da formación do proxecto aQuelando3 (3ª quenda), cofinanciado nun 80% polo FSE, se indica que “..Para os efectos de cumprimento do compromiso de contratación dunha determinada porcentaxe do alumnado, non se considerarán como incumprimento aquelas situacións nas que a non inserción sexa imputable ó alumnado ou a circunstancias alleas ó/á adxudicatario, a xuízo do equipo técnico do proxecto aQuelando3…”. A empresa realiza dúas ofertas cunhas condicións moi desfavorables á alumna, xa que se mesturan a distancia desmedida de km entre os centros de traballo e o seu domicilio, xunto coas poucas horas de traballo divididas en quendas. É polo tanto lóxico, que aínda que a alumna queira e teña intención de traballar, non acepte esas condicións de traballo, xa que o que cobraría non lle cubriría os gastos de desprazamento e manutención ou lle quedaría moi pequeno marxe de beneficio. Polo exposto, non se debería de considerar a non inserción como causa imputable á alumna e polo tanto, a UTE non pode xustificar a non inserción con estas renuncias. En resumen, considero que a non inserción da alumna citada no primeiro punto non debería derivar en incumprimento cara a UTE, pero a non inserción da alumna do segundo punto, debería considerarse como incumprimento do compromiso de inserción desa alumna. Polo exposto, debería de variarse a porcentaxe de penalización establecido no informe de incumprimento emitido con data 11 de agosto de 2015, no que se establecía unha porcentaxe de penalidade do 4,1%, pasando, tras admitir parcialmente as alegacións presentadas pola UTE, a unha porcentaxe de 2,05% que supón a penalización que se indica: Prezo do contrato 26.871,00€ x 2,05% = 550,86€ Resultando que mediante Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015022833 se acorda o seguinte: Aprobar o recoñecemento da obriga e ordenar o pago da factura nº 10/15 de data 09/09/2015 presentada pola empresa UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L. por importe de 6.717,75 € en concepto de honorarios correspondentes ó 25 % pola impartición práctica da acción formativa “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” en Valga, incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á terceira quenda lote 2 e declarar de aboo o importe de 5.616,04 € unha vez deducida a cantidade de 1.101,71 € a que ascendería o importe da sanción proposta en concepto de penalidade por incumprimento contractual. Considerando.- Que o artigo 212 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), establece que “os pregos ou o documento contractual poderán prever penalidades para o caso de cumprimento defectuoso da prestación obxecto do mesmo …”. “Estas penalidades deberán ser proporcionais a gravidade do incumprimento e a súa contía non poderá ser superior ó 10% do orzamento do contrato”. Considerando.- Que o apartado 8 do artigo 212 do TRLCSP establece que “ As penalidades se imporán por acordo do órgano de contratación, aprobado a proposta do responsable do contrato se se tivese designado, que será inmediatamente executivo e se farán efectivas mediante dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban pagarse o contratista ou sobre a garantia que, no seu caso, se tivese constituído, cando non poidan deducirse das mencionadas certificacións.” Visto o informe emitido polo Xefe do Servizo de Contratación, de data 14 de outubro. Visto o informe de fiscalización emitido polo Servizo de Intervención de data de 2015. Considerando.- Que a Disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011 no se apartado 1 faculta ó Ilmo. Sr Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Rd.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Estimar a reclamación e, consecuentemente, declarar o cumprimento total do contrato pola empresa UTE Formagal, Formación y Servicios S.L. – Idades S.L. (CIF U-94.106.242) respecto a impartición do curso “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” en Moaña, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 2. 2º.- Declarar de aboo a UTE Formagal, Formación y Servicios S.L. – Idades S.L. (CIF.U94.106.242) a cantidade de 580,86 €, que lle foi deducida da factura nº 12/15 en concepto de penalidade por incumprimento do contrato ó declararse o total cumprimento do contrato e non proceder, polo tanto, a imposición da citada penalidade. 3º.- Estimar a reclamación e, consecuentemente, declarar o cumprimento total do contrato pola empresa UTE Formagal, Formación y Servicios S.L. – Idades S.L. (CIF U-94.106.242) respecto a impartición do curso “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” en O Porriño, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 2. 4º.- Declarar de aboo a UTE Formagal, Formación y Servicios S.L. – Idades S.L. (CIF.U94.106.242) a cantidade de 550,86 €, que lle foi deducida da factura nº 11/15 en concepto de penalidade por incumprimento do contrato ó declararse o total cumprimento do contrato e non proceder, polo tanto, a imposición da citada penalidade. 5º .-Estimar en parte a reclamación presentada pola UTE Formagal, Formación y Servicios S.L.–Idades S.L. (CIF U-94.106.242) respecto o incumprimento contractual na impartición do curso “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” en Valga, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 2, e modificar o importe da penalidade por incumprimento contractual que corresponde impoñer a empresa que terá o seguinte importe: Prezo do contrato: 26.871,00 € x 2,05 % = 550,86 € 6º.- Declarar de aboo a UTE Formagal, Formación y Servicios S.L. – Idades S.L. (CIF.U94.106.242) a cantidade de 550,85 €, como diferencia entre a cantidade que lle foi deducida da factura nº 10/15, en concepto de penalidade por incumprimento do contrato, por importe de 1.101,71 €, e o importe da penalidade contractual que corresponde impoñer a empresa. 6.23866.- IMPOSICIÓN DE PENALIDADES POR INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL Á EMPRESA UTE FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS SL – IDADES SL , NA EXECUCIÓN DO CONTRATO PARA A IMPARTICIÓN DO CURSO DE FORMACIÓN “SSCS0108 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO” (CUNTIS), INCLUÍDO NO PROXECTO AQUELANDO3, COFINANCIADO NUN 80% POLO FSE,(2ªQUENDA),LOTE 2 Con data 30 de outubro de 2013, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria adoptou o acordo de adxudicación, mediante procedemento aberto, da impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto aQuelando3, (Segunda quenda), cofinanciado nun 80% polo FSE., resultando adxudicataria do Lote nº 2 correspondente, ó curso, (entre outros), de “SSCS0108 Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio” (Cuntis), á empresa UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L., por un prezo ofertado de 26.870,00€, exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE e un compromiso de contratación de seis persoas cunha duración de 24 semanas de contrato para cada unha delas. Na cláusula 1.7 do anexo I do prego de cláusulas económico administrativas, establecese o seguinte: “No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. Ademais do anteriormente exposto, aplicaranse penalizacións polo importe máximo do 10% do orzamento do contrato nas seguintes situacións: h) Incumprimento da inserción laboral establecida nos pregos de prescricións técnicas.” Con data 3 de setembro de 2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe no que pon de manifesto o seguinte: Con data 15 de xullo de 2014 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como se indica nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 15 de setembro de 2014 e a citada empresa achega a documentación oportuna a data 15 de setembro de 2014, cumprindo cos prazos establecidos por contrato. Con data 22 de xaneiro de 2015 a empresa remite un novo Informe Final da Inserción Profesional do citado curso. Tal e como reza no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (2ª quenda), “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3., “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 6 persoas” A empresa UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – Idades, S.L., ofertou no sobre C de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 24 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a 6 demandantes de emprego cunha duración de 24 semanas cada demandante), considérase o seguinte: 1º. Detéctase que a empresa consigue a inserción de dous demandantes de emprego por un período de 24 semanas por cada contrato. 2º. Tralo requirimento para a inserción das catro persoas restantes, este non se produciu, polo que estes datos supoñen un grado de incumprimento do 66,66% do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - A empresa obtén 79,50 puntos dos que 6 están relacionados coa inserción, polo tanto supoñen un 7,54% do valor do contrato. O 100% das inserción supón 6 persoas inseridas, pero como solo insertou a 2 persoas incorre nun incumprimento do 66,66% de inserción. - Si 7,54% supón que tiña que inserir a 6 persoas, como solo inseriu a 2 incorre nun incumprimento de contrato para esta acción formativa do 5,03%. Mediante os datos obtidos anteriormente obtense a valoración da contía da penalización a aplicar: Prezo do contrato 26.870,00€ x 5.03% = 1.351,56 € Resultando.- Que en base o citado informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse a empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL-Idades SL (CIF.U-94.091.402), un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por conveniente. Resultando.- Que finalizado o prazo de 10 días hábiles para efectuar alegacións, a UTE Formagal, Formación y Servicios SL-Idades SL (CIF U94091402) non efectuou ningunha alegación. Resultando.- Que mediante Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015023126 de data 24/09/2015 se acorda o seguinte: Aprobar o recoñecemento da obriga e ordenar o pago da factura nº 03/15 de data 10/09/2015 presentada pola UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L.-Idades SL (CIF.U94091402) por importe de 6.717,50 € en concepto de honorarios correspondentes ó 25 % pola impartición práctica da acción formativa, incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á terceira quenda lote 6 e declarar de aboo o importe de 5.105,85 € unha vez deducida a cantidade de 1.351,56 € a que ascendería o importe da sanción proposta en concepto de penalidade por incumprimento contractual. Considerando.- Que o artigo 212 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), establece que “os pregos ou o documento contractual poderán prever penalidades para o caso de cumprimento defectuoso da prestación obxecto do mesmo …”. “Estas penalidades deberán ser proporcionais a gravidade do incumprimento e a súa contía non poderá ser superior ó 10% do orzamento do contrato”. Considerando.- Que o apartado 8 do artigo 212 do TRLCSP establece que “As penalidades se imporán por acordo do órgano de contratación, aprobado a proposta do responsable do contrato se se tivese designado, que será inmediatamente executivo e se farán efectivas mediante dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban pagarse o contratista ou sobre a garantia que, no seu caso, se tivese constituído, cando non poidan deducirse das mencionadas certificacións.” Considerando:- Que o artigo 221.1 do TRLCSP establece que “O contrato se entenderá cumprido polo contratista cando este realizara, de acordo cos termos do mesmo e a satisfacción da Administración a totalidade da prestación”. Visto o informe emitido polo Xefe do Servizo de Contratación, de data 20 de outubro de 2015, no que se considera que se cumpren os requisitos establecidos legalmente para elevar o órgano de contratación, neste caso a Xunta de Goberno, a imposición da citada penalidade. Visto o informe de fiscalización do expediente emitido por intervención. Considerando.- Que a Disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011 no seu apartado 1 faculta ó Ilmo Sr Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete a Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Impoñer a UTE Formagal, Formación y Servicios SL - Idades SL (CIF U-94.091.402) unha penalidade por incumprimento do contrato para a impartición do curso de formación “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (Cuntis), incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á segunda quenda lote 2, por importe de 1.351,56 €. Dito importe xa foi deducido da factura nº 03/15 presentada pola UTE Formagal Formación y Servicios SL- Idades SL (CIF U-94.091.402) segundo Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015023126. 7.23867.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS a) A Xunta de Goberno na súa sesión do día 14 de febreiro de 2014, aproba o expediente de contratación para adxudicar mediante procedemento aberto a obra: “Pavimentación de camiños e rúas nos lugares de A Lama, A Gouxa, Vidueiros, Sanguiñedo e Pena de Francia, Dozón” POSP 13/00944/2013000029. Polo mesmo órgano en data 24 de xullo de 2014, adxudícase á empresa Construcciones Caldevergazo (CIF B-36.133.916) a citada obra, polo importe de 54.500,00 € máis a cantidade de 11.445,00 € correspondentes ó 21% de IVE, cun prazo de execución de dous meses, unas melloras ofertadas de 3.800,00 € e un control de calidade de 5,00€. Por Resolución Presidencial nº 2014025085 de data 01/09/2015, adxudicouse a dirección da citada obra a Fernando Ferro Cruz. A acta de comprobación de replanteo é de 8 de setembro de 2014, polo que a data de finalización da obra sería o 9 de novembro de 2014. Con data de rexistro de entrada 03/01/2015, recíbese a certificación nº 2-final. En data 29 de febreiro de 2015, devólvese polo servizo de Infraestruturas, polo seguinte motivo: “A relación valorada da certificación non coincide co proxecto inicial aprobado en su día. Achega memoria dos cambios realizados sobre o proxecto inicial, este documento, non obstante, non é suficiente para a aprobación do mesmo”. En data 9 de abril de 2015, solicítase informe á empresa e á dirección de obra para que xustifique: - Os motivos polos que non se tramitou o modificado en tempo e forma. - Os motivos polos que se produciu a variación do proxecto. Con data de rexistro de entrada 18 de xuño de 2015, recíbese informe do director de obra xustificativo dos cambios realizados no proxecto, no que expón: “las variaciones que registra el Proyecto son las siguientes: -Ampliación de unidades en la obra correspondiente al “Capítulo 1: A Lama”. -Anulación de las obras que afectaban al “Capítulo 4:Sanguiñedo”. En el caso del capítulo 1 A Lama: después de proceder a la limpieza de la maleza existente en el camino, se pudo comprobar que existía una zona fangosa próxima a las cunetas que imposibilitaba la ejecución de las obras previstas en el proyecto… y que hizo necesario acometer obras para retirar las tierras fangosas, obligando a la apertura de una zanja con objeto de colocar un tubo de drenaje para evacuar aguas de la zona de actuación, y finalmente acometer el acabado de la misma rellenando con grava y aplicando un triple riego asfáltico. En el caso del capítulo 4. Sanguiñedo: estaba previsto la reparación de calles con pavimento de hormigón armado HA-25 de 20 cm de espesor total. Los vecinos presentan una oposición total …. Trámite del modificado:.. Las circunstancias anteriormente descritas originan la necesidad de variar el proyecto original. En el caso del capítulo I: A Lama, se produce un retraso considerable en el inicio de las obras debido al mal tiempo en la zona durante las primeras semanas del plazo de ejecución y en el momento de acometer su ejecución… nuevo retraso… En el caso del capítulo 4: Sanguiñedo, ..Las negociaciones con los vecinos se prolongaron durante varias semanas para llegar a un acuerdo que al final no fue posible, lo cual causo retraso.. Al presentar la segunda certificación y final, en diciembre de 2014, se presentó conjuntamente una “Memoria modificada de los cambios realizados en el proyecto” y posteriormente en enero de 2015 se presenta un “Proyecto modificado final de obra” completo, ya que con las obras ejecutadas, un plazo que estaba en su tramo final y unas modificaciones que eran estrictamente necesarias y que no se consideraban de importante entidad, no se consideró necesario pedir autorización para llevaras a cabo. Dado también que se anulaba la ejecución de las obras del capítulo 4:Sanguiñedo, las variaciones en el capítulo 1: A Lama no suponían un incremento del presupuesto inicial de las obras..” Dita certificación conta coa conformidade do Director de Infraestruturas. Visto o informe emitido por Intervención en data 29 de setembro de 2015 correspondente á certificación nº 2-final da obra: “Pavimentación de camiños e rúas nos lugares de A Lama, A Gouxa, Vidueiros, Sanguiñedo e Pena de Francia, Dozón”, no que expón: “que aínda que non ten constancia de que o director facultativo solicitara ó órgano de contratación autorización para a modificación do proxecto, e dado que as unidades de obra que se certifican xa se executaron” a aprobación da certificación require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento provincial de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: -A certificación nº 2-final, da empresa Construcciones Caldevergazo S.L. (CIFB-36.133.916) importe de 6.790,39 € correspondente á obra “Pavimentación de camiños e rúas nos lugares de A Lama, A Gouxa, Sanguiñedo e Pena de Francia, Dozón”, con arranxo ó seguinte detalle: CONSTRUCCIONES CALDEVERGAZO S.L. (CIF B-36.133.916) Subtotal 6.790,39€ Taxa dirección de obra (4%) 188,64€ Control de Calidade (5%) 235,79€ Seguridade e saúde (0,50%) 23,58€ Total descontos 448,01€ Importe líquido a percibir pola empresa 6.342,38€ O pagamento da certificacións realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 15/942.9420.652.45.2013. Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. b) A Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 16 de xaneiro de 2015, acordou adxudicar á empresa Vila Río Miño S.A.(CIF A-27.106.160) co contrato para a execución da obra “Reforma da casa da cultura para auditorio e multiusos, Vilanova de Arousa”, por un prezo de 1.071.320,35 € (21% de IVE incluído), e un prazo de execución de seis meses. Con data 20/02/2015 formalizouse a acta de comprobación de replanteo, establecéndose nese intre como data para finalizar a obra o día 20/08/2015. Con data 30/07/2015 tivo entrada nesta Deputación escrito da empresa, solicitando unha prórroga na execución da obra ata o día 20/06/2016, debido a que a existencia dunha liña aérea de alta tensión próxima ó edificio a construír, limita a utilización da grúa torre instalada. Con data 08/09/2015, ten entrada no rexistro escrito do director da obra no que pon de manifesto: “(…) que cerca dos límites da edificación discorre unha liña de alta tensión propiedade de Gas Natural Unión Fenosa S.A. A posición desta liña non se tivo en consideración na redacción do proxecto o que derivou en que na fase de redacción non se cotexara a súa existencia, o que observándose ó inicio das obras o instalar a grúa e estender o seu brazo…tendo que prohibir o uso da grúa para a caixa do auditorio, e solicita: _Paralización parcial da execución da obra na parte da caixa do auditorio(…) _Prórroga de tres meses na execución da parte da obra na que non solicita paralización (…)” En data 25/09/2015 o xefe do servizo de contratación informa que tendo en conta os antecedentes exposto e con fundamento nos artigos 100 e 103 do R.d.l. 1098/2011, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, chega as seguintes conclusións: “Primeira.- Chama a atención que non se houbese detectado a existencia dunha liña de alta tensión, máxime cando se asina un acta de replanteo previo e un acta de comprobación de replanteo na data 20/02/15. Segunda.- No que se refire á petición de prórroga, esta solicítase dentro do prazo de execución, se ben foi o principio da execución da obra cando se detectou a imposibilidade de levar a cabo a mesma nas circunstancias recollidas no proxecto, debido a existencia de liña de alta tensión, polo que debería ter sido nese intre cando a citada incidencia debería terse comunicado o órgano de contratación, e non como se fixo a piques de rematar o prazo de execución. Ante esta circunstancia e como queira que nos pregos desta licitación o prazo de execución estableceuse nos criterios de valoración, ofertando o contratista a redución do mesmo, non parece razoable conceder unha prórroga, senón establecer unha data para o remate da obra por estar xa os prazos fora do pactado. P ara fixar a data para rematar a obra é convinte anteriormente solventar a incidencia xurdida coa liña de alta tensión. (…) Quinta.- No que se refire á suspensión da execución, o que parece razoable e suspender non parcialmente senón na súa totalidade a execución da obra, en tanto non se acometan as obras precisas para solucionar o problema de seguridade coa liña de alta tensión. Para elo debe formalizarse un acta de paralización da obra, que deberá ser asinada polo contratista, o director de obra e un representante do órgano de contratación, debendo constar na mesma as unidades de obra suspendidas así como a medición da obra executada” Vistos os informes de Intervención de datas 11 de setembro de 2015 e 16 de outubro de 2015, dado que as unidades de obra que se certifican xa están executadas fóra do prazo inicialmente fixado para elo e sen o mesmo fose prorrogado, ou se fixase un novo prazo final para a terminación da obra, a aprobación das certificacións 7 e 8, debe realizarse polo procedemento extraordinario de recoñecemento extraxudicial de crédito. Así mesmo, consta no expediente informe detallado da dirección de obra, sobre o estado da obras de Reforma da casa da Cultura para auditorio e multiusos e as incidencias xurdidas como consecuencia da aparición da liña da alta tensión. Considerando que a disposición adicional segunda apartado 1 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, faculta á Presidencia a actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato e tendo en conta o disposto no artigo 185.1 e 3 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora de facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento do exercicio 2015, concretamente na base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: -A certificación nº 7, da empresa Construcciones Vila Miño Rio S.A.(A-27106160) por importe de 36.191,61 € correspondente á obra “Reforma da casa da Cultura para auditorio e multiusos, Vilanova de Arousa” Convenio 2014013840, con arranxo ó seguinte detalle: CONSTRUCCIONES VILA MIÑO RIO S.A. (A-27106160) Subtotal 36.191,61€ Taxa dirección de obra (4%) 1.005,39€ Control de Calidade (5%) 1256,74€ Seguridade e saúde (0,50%) 125,67€ Total descontos 2.387,80€ Importe líquido a percibir pola empresa 33.803,81€ -A certificación nº 8, da empresa Construcciones Vila Miño Río S.A.(A-27106160) por importe de 49.456,87 € correspondente á obra ”Reforma da casa da Cultura para auditorio e multiusos, Vilanova de Arousa”, con arranxo ó seguinte detalle: CONSTRUCCIONES VILA MIÑO RIO S.A. (A-27106160) Subtotal 49.456,87€ Taxa dirección de obra (4%) 1.373,90€ Control de Calidade (5%) 1.717,37€ Seguridade e saúde (0,50%) 171,74€ Total descontos 3.263,01€ Importe líquido a percibir pola empresa 46.193,86€ O importe bruto das certificacións cargarase á aplicación orzamentaria 15/942.9420.652.00.2014. Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. c) En data 12 de xuño de 2015, ten entrada no rexistro da Deputación Provincial a factura nº 15/00029 de data 11/06/2015, emitida por Eurotec Inspección S.L. en concepto de traballos de control de calidade realizados na obra: “Ampliación terreo de xogo, dotación de herba sintética e outras melloras no campo de fútbol de San Adrián, Vilaboa” Convenio/PID 12/00987/2013005339, por importe de 3.060,09 €. En data 20 de xullo de 2015, o servizo de Intervención informa: “que non existe adxudicación a favor desta empresa nin autorización previa para a realización do gasto, incumprindo as normas previstas na resolución presidencial de data 20 de xuño de 2012, relativa ó procedemento a seguir para realizar gastos nos distintos centros xestores da Deputación. Asemade, o importe facturado durante o presente ano 2015 por esta empresa, sen que exista a correspondente resolución presidencial que autorice o gasto, excede os 6.000,00 €. Por este motivo a factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito.” En data 7 de setembro de 2015 solicítase ó Servizo de Infraestruturas que informe porque non se realizou a adxudicación a favor da empresa Eurotec Inspección S.L. para levar a cabo os traballos de control de calidade na obra: “Ampliación terreo de xogo, dotación de herba sintética e outras melloras no campo de fútbol de San Adrián, Vilaboa” PID12/00987/2013005339. En data 9 de outubro de 2015 servizo de Infraestruturas, co visto e prace do Vicepresidente, emite informe complementario onde se sinala que: “(…) no presente expediente concorren unha serie de circunstancias que xustificarían favorablemente o pago mediante o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito, á empresa Eurotec Inspección S.L. da factura 15/00029 por importe de 3.060,09€, con cargo á conta non orzamentaria 419.09.(099.129)”. En data 16 de outubro de 2015 o director de infraestruturas emite informe no que expón o seguinte: “… dado que xurdiron unha serie de circunstancias de inaprazable necesidade para a determinación de varios factores de tipo biomecánico, precisos para poder comprobar as perfectas condicións de funcionamento e poder entregar ó uso público as instalacións, foi preciso contactar cunha empresa que leva a cabo este tipo de ensaios, polo que entendemos que Eurotec Inspección S.L. reunía estas condicións.” Considerando que a disposición adicional segunda apartado 1 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, faculta a Presidencia a actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato e tendo en conta o disposto no artigo 185.1 e 3 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora de facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento do exercicio 2015, concretamente na base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade autorizar o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: Factura nº 15/00029 emitida por Eurotec Inspección S.L. (B.94116688) de 11/06/2015, por importe de 3.060,09€ (21% de IVE incluído) en concepto de traballos de control de calidade realizados na obra “Ampliación terreo de xogo, dotación de herba sintética e outras melloras no campo de fútbol de San Adrián, Vilaboa”. O importe de 3.060,09€ cargarase a conta non orzamentaria 419.09(099.129). Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. d)Vista a relación de facturas con número 2015039232, que contén trece facturas e por un importe de 102.764,86 €, correspondendo a primeira factura a Gestión Tributaria Territorial SAU, por importe de 62.997,54 €, e a derradeira a Serviguide S.L., por importe de 29.138,81 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 22 de outubro de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 102.764,86 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 102.764,86 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 8.23868.- ADXUDICACIÓN DE PRAZAS DO PROGRAMA “COIDARTE 2015”, SEGUNDA QUENDA A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do día 19 de decembro de 2014 aprobou as bases reguladoras do programa “Coidarte 2015”, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 48 de data 11 de marzo de 2015. A finalidade deste programa é fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando o illamento e as situacións de soidade. Ó programa poden adherirse os concellos da provincia de Pontevedra co número de prazas que estimen oportunas, pasando a ser entidades colaboradoras na xestión do programa e sendo o lugar onde os solicitantes do seu concello poden presentar as súas solicitudes. Os beneficiarios do programa son persoas nacidas antes do ano 1965, xubilados ou pensionistas así como persoas con necesidades de respiro familiar. O programa “Coidarte” está cofinanciado pola Deputación de Pontevedra con 40 € por participante, e polos usuarios, variando a contía segundo o balneario elixido e se o seu concello está adherido ou non ó programa, e conta cun gasto autorizado por importe de 105.000,00 €, con cargo a aplicación orzamentaria 15/232.2311.227.07, suficientes para atender ata 2.625 prazas. A Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 22 de maio de 2015 aprobou a adxudicación de 1.795 prazas do programa “Coidarte 2015”, establecendo as correspondentes listaxes de participación. Este mesmo órgano nas sesións dos días 5 e 19 de xuño de 2015 aprobou sendas listaxes complementarias na que figuran como admitidas nove novas solicitudes para participar no programa “Coidate 2015”, sendo por tanto 1.804 o total de solicitudes aprobadas ata o momento. A Xunta de Goberno na sesión do día 4 de setembro de 2015, acordou aprobar unha nova convocatoria para a inscrición no programa diúrno de balnearios “Coidarte 2015”, co obxecto de poder atender a 821 novas solicitudes de participación no programa. Esta convocatoria foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 178 de data 15 de setembro de 2015. Coa publicación deste novo prazo para participar no programa Coidarte 2015, os concellos de Catoira, Fornelos de Montes e Redondela manifestan a súa vontade de non continuar adheridos nesta segunda campaña do programa e os concellos de Cotobade e Barro remiten novos acordos de adhesión solicitando aumentar o número de prazas dispoñibles. O concello de Cotobade solicita 30 prazas e o de Barro 9 prazas. Así mesmo, con data 22/10/2015 recibimos a solicitude de adhesión do Concello de Campo Lameiro, fora de prazo, e unha vez os usuarios do concello presentaran a súas solicitudes a través das oficinas de rexistro da Deputación Provincial. A Coordinadora de Servizos Socias do Centro Príncipe Felipe, con data 19 de outubro de 2015 emite informe no que deixa constancia de que rematado o prazo de presentación das solicitudes, foron 967 as peticións presentadas, co seguinte detalle: No caso dos concellos adheridos presentáronse 519 solicitudes, séndolle requirida documentación a seis solicitudes, unha do Concello de A Estrada e tres do Concello de Forcarei, unha do Concello de Moraña e unha do Concello de Tui. Unha das solicitudes presentadas no Concello de A Guarda non cumpre os requisitos establecidos nas Bases Reguladoras do programa. Nos Rexistros da Deputación de Pontevedra presentáronse 448 solicitudes coas seguintes incidencias: • Un total de 413 solicitudes entraron en prazo tendo que requirirlle documentación que condiciona o seu acceso o programa a catro solicitudes. • Tres solicitudes presentáronse por duplicado, no rexistro da Deputación, e nos seus concellos, adheridos o programa. (nº rss 24 e nº rss 25 e nºrss441). • Unha solicitude non reúne os requisitos establecidos nas Bases Reguladoras (nºrss 106) • Un total de 31 solicitudes presentáronse fora de prazo, non cumprindo, unha delas os requisitos de participación establecidos nas bases reguladoras. No citado informe consta que o total de solicitudes que se estiman favorables ascendería a 961 (518 de concellos adheridos, 413 presentadas en prazo e 30 fóra de prazo nos rexistros deste organismo provincial). Para a convocatoria deste Programa están autorizados inicialmente 105.000,00€, con cargo a aplicación orzamentaria 15/232.2311.227.07, suficientes para atender 2.625 prazas, 821 delas nesta segunda convocatoria, cuxa participación realizaríase pola orde indicada nos anexos que acompañan a esta proposta, coa prelación establecida nas bases reguladoras. Con data 26 de outubro de 2015, a xefa do Servizo de Fiscalización emite informe favorable, con observacións, á inclusión de 821 novas solicitudes para participar na segunda campaña do programa “Coidarte 2015”, das 931 presentadas en prazo, establecendo que as 110 solicitudes restantes, verán a súa participación no Programa condicionada á existencia de crédito suficiente ou ás baixas que se produzan. Considerando que o órgano competente para a adxudicación de prazas do programa “Coidarte” para o exercicio 2015 é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado na base sétima das Bases Reguladoras do programa, e tendo en conta a proposta favorable que figura no informe elaborado pola Coordinadora de Servizos Sociais. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar a modificación dos acordos de adhesión dos concellos de Cotobade e Barro, ó programa “Coidarte 2015” para dispoñer dun maior número de prazas para os seus veciños dentro da segunda campaña do programa. Así mesmo a Xunta de Goberno queda enterada do contido dos escritos dos concellos de Catoira, Fornelos de Montes e Redondela participando que non continúan adheridos á segunda campaña do programa “Coidarte 2015”. 2. Non autorizar a solicitude de adhesión do Concello de Campo Lameiro, por atoparse fora de prazo e ser inviable a súa participación como concello adherido unha vez finalizado o prazo de recepción de solicitudes. 3. Admitir as 821 solicitudes presentadas para participar na segunda quenda do programa “Coidarte 2015”, das 931 solicitades presentadas en forma e prazo. As 110 solicitudes restantes, verán a súa participación condicionada á existencia de crédito suficiente ou prazas dispoñibles de baixas que se produzan. A relación dos beneficiarios figura detallada no expediente como Anexo I (“Solicitudes pertencentes a concellos adheridos”) e no Anexo II (“Solicitudes presentadas no rexistro da Deputación Provincial en prazo”) 9.23869.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE VILABOA “PEDRA DA OLIVEIRA”, PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA A TRAVÉS DO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE CONFRARÍAS 2015” Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de data 08/05/2015, núm. 20.2339, unha subvención a favor da Confraría de Pescadores de Vilaboa “Pedra da Oliveira” con NIF: G-36293272, a través do Convenio de Colaboración coa Federación Provincial de Confrarías 2015, por importe de 15.820,36 € con cargo á aplicación 15/410.4150.789.02 e destinada á instalación dun equipo de vixilancia. Recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 28/10/2015, da citada confraría solicitando unha prórroga, ata o 21 de decembro, para xustificar o gasto, debido á demora na autorización de Portos de Galicia para a citada instalación. Considerando o disposto nas Bases de execución do orzamento 2015, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo para xustificar esta axuda ata o 21 de decembro. En virtude do disposto no apartado 3 do artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de decembro, este acordo non será susceptible de recurso administrativo algún. 10.23870.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA NO CONCELLO DE TOMIÑO DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2014/2015 Por Acordo nº 14.22923 adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o 19 de decembro de 2014, aprobouse o Plan de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015. Dito plan desenvolveuse en dúas fases, na primeira mediante escrito convocouse ós concellos e ós servizos da Deputación a participar no plan, e na segunda fase convocouse e seleccionouse ós bolseiros. No Boletín Oficial da Provincia nº 246, do 22 de decembro de 2014, publicouse a convocatoria e as bases de selección de 198 bolsas de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015 dirixidas a mozos titulados universitarios ou de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación o mercado laboral. Dita convocatoria foi modificada por acordos número 21.23075, 16.23182 ,15.23181 e 17.23221 aprobados en Xunta de Goberno de 13 de febreiro, 13 de marzo e 27 de marzo de 2015, por cambio de titulacións solicitadas polos concellos e servizos da Deputación e ampliación do número de bolsas de 198 a 212. Por Acordo nº 26.23542 adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o 12 de xuño de 2015, adxudicouse unha bolsa que quedou vacante por renuncia no Concello de Tomiño, para licenciados/graduados en Bioloxía do expediente D55, a Lucía Souto Salgado polo tempo restante do 1 de xullo de 2015 e ata o 18 de novembro de 2015, podendo ser prorrogada por seis meses máis cumprindo co establecido na base décima. Na base décima da convocatoria establécese que para tramitar a prórroga é necesario presentar no Rexistro Xeral da Deputación, cun mes de antelación a data prevista da finalización, a memoria do bolseiro ou bolseira sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados e o informe de avaliación da persoa titora no que deberá indicarse si procede ou non a prórroga. Mediante informe de avaliación e a vista da memoria presentada a titora considera que procede prorrogar a bolsa. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar a bolsa concedida a Lucía Souto Salgado no Concello de Tomiño, con efectos de 19 de novembro de 2015 ata o 18 de maio de 2016. A dotación económica da bolsa determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario para os titulados universitarios, o que supón para o ano 2015, un total de 1.120,00 € sendo o custe da seguridade social de 34,89 €/mes por beneficiario, o que supón para o ano 2015 un total de 34,89 €. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 15/921.2410.481.47 e 15/921.2410.160.03. 11.23871.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIA Nº2015025342 DE ADXUDICACIÓN DE BOLSAS VACANTES DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E DEPUTACIÓN 2014/2015 De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do plan de práctica laboral en concellos e Deputación 2014-2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a seguinte Resolución Presidencial: - Resolución Presidencial nº 2015025342 de data 26 de outubro de 2015, pola que se resolve adxudicar as bolsas vacantes dos expedientes D32, D52, D56 e D57 do Plan de práctica laboral en deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2014/2015 que estaban vacantes por renuncia dos titulares. 12.23872.- PROCEDEMENTO DE REINTEGRO POLO IMPORTE NON XUSTIFICADO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DA CAÑIZA NO MARCO DO PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Primeiro.- Mediante acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra do día 6 de febreiro de 2015, punto número 8.23031, concedéronse as subvencións do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, cuxas Bases reguladoras foron aprobadas mediante acordo do Pleno, celebrado o 30 de decembro de 2014, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015 (tendo en conta as correccións de erros publicadas nos BOPPO do 07/01/2015 e 11/02/2015). Segundo.- O Concello da Cañiza, con CIF número P3600900I, obtivo unha subvención de 100.365,12 € para facer fronte ó pagamento do custo salarial derivado da contratación laboral de vinte e catro traballadores a tempo parcial de 25 horas semanais e por un período de seis meses (expediente número 2015006780). Dita subvención foi aprobada mediante acordo da Xunta de Goberno do 6 de febreiro de 2015, punto 8.23031. Terceiro.- Mediante resolucións presidenciais do 14/04/2015 e do 22/07/2015 aprobáronse os libramentos de sendos anticipos polo importe total da subvención concedida, que ascenderon a 100.365,12 €. Cuarto.- Finalizado o contrato dos traballadores seleccionados e contratados con cargo a este Plan, en data 15/10/2015 e con número 2015107585, recíbese no Rexistro Xeral da Deputación a documentación xustificativa final do concello correspondente á subvención do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, na que se declara un custo real da actuación de 99.527,35 €. II.- Fundamentación Xurídica:  Consideracións Xurídicas: - Artigos 213 e ss. do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do vixente Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar estas función. - Artigos 13 e 15 das Bases reguladoras do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais nos que se regula o pagamento e xustificación da subvención. - Bases 25ª.14ª de execución do Orzamento provincial para o exercicio 2015 que establece que en materia de reintegros estarase ó disposto nos artigos 36 a 43 da LXS e 89 e do 91 a 101 do RLXS. - Artigos 32 da LXS e 84.1 do RLXS que sinalan que o órgano concedinte comprobará a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que se determine no acordo ou resolución de concesión, e con atención ó método contemplado nas bases reguladoras, a cuxo fin se revisará formal e materialmente a documentación que obrigatoriamente debera achegar o beneficiario. - Artigo 37.3 da LXS que sinala que procederá o reintegro do exceso obtido sobre o custo da actividade subvencionada, conforme ó disposto no artigo 19.3 da LXS.  Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto que o beneficiario achegou a regulamentaria documentación xustificativa, comprobouse a conformidade de dita xustificación, resultando que o concello declarou un custo total subvencionable inferior á subvención percibida, polo que procede o reintegro polo exceso non aplicado á finalidade subvencionada, que ascende a 837,77 €. Á vista do exposto e do informe de fiscalización da Intervención Provincial, de 21/10/2015, sobre a procedencia do reintegro e o seu importe, a xefa do Servizo de Cooperación Municipal informa favorablemente a aprobación da xustificación presentada e o inicio do procedemento de reintegro polo importe sinalado. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio.  Réxime Competencial: En virtude das competencias atribuídas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, nas Bases 16ª.2ª e 25ª.14ª das Bases de execución do Orzamento provincial para o ano 2015 e no artigo 41.1 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, correspóndelle á Xunta de Goberno a resolución sobre o reintegro da cantidade recibida e non xustificada. En consecuencia, elévase á Xunta de Goberno a seguinte proposta de acordo: Vista a documentación xustificativa achegada polo Concello da Cañiza, CIF. P3600900I, relativa á contratación de vinte e catro traballadores a tempo parcial de 25 horas semanais e por un período de 6 meses con cargo á subvención que lle foi concedida por importe de 100.365,12 € no “Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015”. Vistos os informes-propostas da Xefe do Servizo de Cooperación e da Intervención Provincial segundo os cales procede o reintegro do importe de 837,77 € que non se aplicou á actividade subvencionada. E considerando que o feito expresado está contemplado no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións como causa de reintegro. A Xunta de Goberno provincial acorda por unanimidade: 1. Que, como consecuencia da obriga incumprida e posta de manifesto, o Concello da Cañiza, CIF.: P36000900I, debe reintegrar á Deputación de Pontevedra o importe de oitocentos trinta e sete euros con setenta e sete céntimos (837,77 €) correspondentes á parte da subvención percibida que non foi aplicada á finalidade subvencionada. Este importe deberá ser ingresado na conta núm. ES17.2080.5401.57.3110106612 aberta na entidade ABANCA. 2. Notificar esta resolución ó interesado para que, se o considerase oportuno, nun prazo non superior a quince días, computados a partir do día seguinte ó que teña lugar a notificación deste acto, poida alegar e presentar os documentos que estime pertinentes, conforme o disposto no artigo 94.2 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Transcorrido dito prazo sen que se formulen alegacións a resolución devén firme. 13.23873.- PROCEDEMENTO DE REINTEGRO POLO IMPORTE NON XUSTIFICADO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CATOIRA NO MARCO DO PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Primeiro.- Mediante acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra do día 6 de febreiro de 2015, punto número 8.23031, concedéronse as subvencións do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, cuxas Bases reguladoras foron aprobadas mediante acordo do Pleno, celebrado o 30 de decembro de 2014, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015 (tendo en conta as correccións de erros publicadas nos BOPPO do 07/01/2015 e 11/02/2015). Segundo.- O Concello de Catoira, con CIF número P3601000G, obtivo, unha subvención de 83.637,60 € para facer fronte ó pagamento do custo salarial derivado da contratación laboral de vinte traballadores a tempo parcial de 25 horas semanas e por un período de seis meses (expediente número 2015007293). Dita subvención foi aprobada mediante acordo da Xunta de Goberno do 6 de febreiro de 2015, punto 8.23031. Terceiro.- Mediante resolucións presidenciais do 16/04/2015 e do 09/09/2015 aprobáronse os libramentos de sendos anticipos polo importe total da subvención concedida, que ascenderon a 83.637,60 €. Cuarto.- Finalizado o contrato dos traballadores seleccionados e contratados con cargo a este Plan, en data 13/10/2015 e con número 2015106489, recíbese no Rexistro Xeral da Deputación a documentación xustificativa final do concello correspondente á subvención do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, na que se declara un custo real da actuación de 82.550,71 €. II.- Fundamentación Xurídica:  Consideracións Xurídicas: - Artigos 213 e ss. do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do vixente Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar estas función. - Artigos 13 e 15 das Bases reguladoras do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais nos que se regula o pagamento e xustificación da subvención. - Bases 25ª.14ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2015 que establece que en materia de reintegros estarase ó disposto nos artigos 36 a 43 da LXS e 89 e do 91 a 101 do RLXS. - Artigos 32 da LXS e 84.1 do RLXS que sinalan que o órgano concedinte comprobará a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que se determine no acordo ou resolución de concesión, e con atención ó método contemplado nas bases reguladoras, a cuxo fin se revisará formal e materialmente a documentación que obrigatoriamente debera achegar o beneficiario. - Artigo 37.3 da LXS que sinala que procederá o reintegro do exceso obtido sobre o custo da actividade subvencionada, conforme ó disposto no artigo 19.3 da LXS.  Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto que o beneficiario achegou a regulamentaria documentación xustificativa, comprobouse a conformidade de dita xustificación, resultando que o concello declarou un custo total subvencionable inferior á subvención percibida, polo que procede o reintegro polo exceso non aplicado á finalidade subvencionada, que ascende a 1.086,89 €. Á vista do exposto e do informe de fiscalización da Intervención Provincial, de 15/10/2015, sobre a procedencia do reintegro e o seu importe, a xefa do Servizo de Cooperación Municipal informa favorablemente a aprobación da xustificación presentada e o inicio do procedemento de reintegro polo importe sinalado. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio.  Réxime Competencial: En virtude das competencias atribuídas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, nas Bases 16ª.2ª e 25ª.14ª das Bases de execución do Orzamento provincial para o ano 2015 e no artigo 41.1 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, correspóndelle á Xunta de Goberno a resolución sobre o reintegro da cantidade recibida e non xustificada. En consecuencia, elévase á Xunta de Goberno a seguinte proposta de acordo: Vista a documentación xustificativa achegada polo Concello de Catoira, CIF. P3601000G, relativa á contratación de vinte traballadores a tempo parcial de 25 horas semanais e por un período de 6 meses con cargo á subvención que lle foi concedida por importe de 83.637,60€ no “Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015”. Vistos os informes-propostas da Xefe do Servizo de Cooperación e da Intervención Provincial segundo os cales procede o reintegro do importe de 1.086,89 € que non se aplicou á actividade subvencionada. E considerando que o feito expresado está contemplado no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións como causa de reintegro. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Que, como consecuencia da obriga incumprida e posta de manifesto, o Concello de Catoira, CIF.: P3601000G, debe reintegrar á Deputación de Pontevedra o importe de mil oitenta e seis euros con oitenta e nove céntimos (1.086,89 €) correspondentes á parte da subvención percibida que non foi aplicada á finalidade subvencionada. Este importe deberá ser ingresado na conta núm. ES17.2080.5401.57.3110106612 aberta na entidade ABANCA. 2. Notificar esta resolución ó interesado para que, se o considerase oportuno, nun prazo non superior a quince días, computados a partir do día seguinte ó que teña lugar a notificación deste acto, poida alegar e presentar os documentos que estime pertinentes, conforme o disposto no artigo 94.2 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Transcorrido dito prazo sen que se formulen alegacións a resolución devén firme. 14.23874.- PROCEDEMENTO DE REINTEGRO POLO IMPORTE NON XUSTIFICADO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CERDEDO NO MARCO DO PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Primeiro.- Mediante acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra do día 6 de febreiro de 2015, punto número 8.23031, concedéronse as subvencións do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, cuxas Bases reguladoras foron aprobadas mediante acordo do Pleno, celebrado o 30 de decembro de 2014, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015 (tendo en conta as correccións de erros publicadas nos BOPPO do 07/01/2015 e 11/02/2015). Segundo.- O Concello de Cerdedo, con CIF número P3601100E, obtivo unha subvención de 58.546,32 € para facer fronte ó pagamento do custo salarial derivado da contratación laboral de catorce traballadores a tempo parcial de 25 horas semanais e por un período de seis meses (expediente número 2015006786). Dita subvención foi aprobada mediante acordo da Xunta de Goberno do 6 de febreiro de 2015, punto 8.23031. Terceiro.- Mediante resolucións presidenciais do 06/04/2015 e do 07/09/2015 aprobáronse os libramentos de sendos anticipos polo importe total da subvención concedida, que ascenderon a 58.546,32 €. Cuarto.- Finalizado o contrato dos traballadores seleccionados e contratados con cargo a este Plan, en data 16/10/2015 e con número 2015108074, recíbese no Rexistro Xeral da Deputación a documentación xustificativa final do concello correspondente á subvención do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, na que se declara un custo real da actuación de 56.702,82 €. II.- Fundamentación Xurídica:  Consideracións Xurídicas: - Artigos 213 e ss. do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do vixente Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar estas función. - Artigos 13 e 15 das Bases reguladoras do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais nos que se regula o pagamento e xustificación da subvención. - Bases 25ª.14ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2015 que establece que en materia de reintegros estarase ó disposto nos artigos 36 a 43 da LXS e 89 e do 91 a 101 do RLXS. - Artigos 32 da LXS e 84.1 do RLXS que sinalan que o órgano concedinte comprobará a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que se determine no acordo ou resolución de concesión, e con atención ó método contemplado nas bases reguladoras, a cuxo fin se revisará formal e materialmente a documentación que obrigatoriamente debera achegar o beneficiario. - Artigo 37.3 da LXS que sinala que procederá o reintegro do exceso obtido sobre o custo da actividade subvencionada, conforme ó disposto no artigo 19.3 da LXS.  Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto que o beneficiario achegou a regulamentaria documentación xustificativa, comprobouse a conformidade de dita xustificación, resultando que o concello declarou un custo total subvencionable inferior á subvención percibida, polo que procede o reintegro polo exceso non aplicado á finalidade subvencionada, que ascende a 1.843,50 €. Á vista do exposto e do informe de fiscalización da Intervención Provincial, de 21/10/2015, sobre a procedencia do reintegro e o seu importe, a xefa do Servizo de Cooperación Municipal informa favorablemente a aprobación da xustificación presentada e o inicio do procedemento de reintegro polo importe sinalado. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio.  Réxime Competencial: En virtude das competencias atribuídas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, nas Bases 16ª.2ª e 25ª.14ª das Bases de execución do Orzamento provincial para o ano 2015 e no artigo 41.1 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, correspóndelle á Xunta de Goberno a resolución sobre o reintegro da cantidade recibida e non xustificada. En consecuencia, elévase á Xunta de Goberno a seguinte proposta de acordo: Vista a documentación xustificativa achegada polo Concello de Cerdedo, CIF. P3601100E, relativa á contratación de catorce traballadores a tempo parcial de 25 horas semanais e por un período de 6 meses con cargo á subvención que lle foi concedida por importe de 58.546,32 € no “Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015”. Vistos os informes-propostas da Xefe do Servizo de Cooperación e da Intervención Provincial segundo os cales procede o reintegro do importe de 1.843,50 € que non se aplicou á actividade subvencionada. E considerando que o feito expresado está contemplado no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións como causa de reintegro. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Que, como consecuencia da obriga incumprida e posta de manifesto, o Concello de Cerdedo, CIF.: P3601100E, debe reintegrar á Deputación de Pontevedra o importe de mil oitocentos corenta e tres euros con cincuenta céntimos (1.843,50 €) correspondentes á parte da subvención percibida que non foi aplicada á finalidade subvencionada. Este importe deberá ser ingresado na conta núm. ES17.2080.5401.57.3110106612 aberta na entidade ABANCA. 2. Notificar esta resolución ó interesado para que, se o considerase oportuno, nun prazo non superior a quince días, computados a partir do día seguinte ó que teña lugar a notificación deste acto, poida alegar e presentar os documentos que estime pertinentes, conforme o disposto no artigo 94.2 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Transcorrido dito prazo sen que se formulen alegacións a resolución devén firme. 15.23875.- PROCEDEMENTO DE REINTEGRO POLO IMPORTE NON XUSTIFICADO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DA ILLA DE AROUSA NO MARCO DO PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Primeiro.- Mediante acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra do día 6 de febreiro de 2015, punto número 8.23031, concedéronse as subvencións do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, cuxas Bases reguladoras foron aprobadas mediante acordo do Pleno, celebrado o 30 de decembro de 2014, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015 (tendo en conta as correccións de erros publicadas nos BOPPO do 07/01/2015 e 11/02/2015). Segundo.- O Concello da Illa de Arousa, con CIF número P8600004I, obtivo unha subvención de 100.365,12 € para facer fronte ó pagamento do custo salarial derivado da contratación laboral de vinte e catro traballadores a tempo parcial de 25 horas semanais e por un período de seis meses (expediente número 2015006882). Dita subvención foi aprobada mediante acordo da Xunta de Goberno do 6 de febreiro de 2015, punto 8.23031. Terceiro.- Mediante resolucións presidenciais do 21/05/2015 e do 07/09/2015 aprobáronse os libramentos de sendos anticipos polo importe total da subvención concedida, que ascenderon a 100.365,12 €. Cuarto.- Finalizado o contrato dos traballadores seleccionados e contratados con cargo a este Plan, en data 23/10/2015 e con número 2015110406, recíbese no Rexistro Xeral da Deputación a documentación xustificativa final do concello correspondente á subvención do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, na que se declara un custo real da actuación de 97.693,87 €. II.- Fundamentación Xurídica:  Consideracións Xurídicas - Artigos 213 e ss. do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do vixente Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar estas función. - Artigos 13 e 15 das Bases reguladoras do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais nos que se regula o pagamento e xustificación da subvención. - Bases 25ª.14ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2015 que establece que en materia de reintegros estarase ó disposto nos artigos 36 a 43 da LXS e 89 e do 91 a 101 do RLXS. - Artigos 32 da LXS e 84.1 do RLXS que sinalan que o órgano concedinte comprobará a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que se determine no acordo ou resolución de concesión, e con atención ó método contemplado nas bases reguladoras, a cuxo fin se revisará formal e materialmente a documentación que obrigatoriamente debera achegar o beneficiario. - Artigo 37.3 da LXS que sinala que procederá o reintegro do exceso obtido sobre o custo da actividade subvencionada, conforme ó disposto no artigo 19.3 da LXS.  Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto que o beneficiario achegou a regulamentaria documentación xustificativa, comprobouse a conformidade de dita xustificación, resultando que o concello declarou un custo total subvencionable inferior á subvención percibida, polo que procede o reintegro polo exceso non aplicado á finalidade subvencionada, que ascende a 2.671,25 €. Á vista do exposto e do informe de fiscalización da Intervención Provincial, de 27/10/2015, sobre a procedencia do reintegro e o seu importe, a xefa do Servizo de Cooperación Municipal informa favorablemente a aprobación da xustificación presentada e o inicio do procedemento de reintegro polo importe sinalado. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio.  Réxime Competencial: En virtude das competencias atribuídas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, nas Bases 16ª.2ª e 25ª.14ª das Bases de execución do Orzamento provincial para o ano 2015 e no artigo 41.1 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, correspóndelle á Xunta de Goberno a resolución sobre o reintegro da cantidade recibida e non xustificada. En consecuencia, elévase á Xunta de Goberno a seguinte proposta de acordo: Vista a documentación xustificativa achegada polo Concello da Illa de Arousa, CIF.P8600004I, relativa á contratación de vinte e catro traballadores a tempo parcial de 25 horas semanais e por un período de 6 meses con cargo á subvención que lle foi concedida por importe de 100.365,12 € no “Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015”. Vistos os informes-propostas da Xefe do Servizo de Cooperación e da Intervención Provincial segundo os cales procede o reintegro do importe de 2.671,25 € que non se aplicou á actividade subvencionada. E considerando que o feito expresado está contemplado no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións como causa de reintegro. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Que, como consecuencia da obriga incumprida e posta de manifesto, o Concello da Illa de Arousa, CIF.: P8600004I, debe reintegrar á Deputación de Pontevedra o importe de dous mil seiscentos setenta e un euros con vinte e cinco céntimos (2.671,25 €) correspondentes á parte da subvención percibida que non foi aplicada á finalidade subvencionada. Este importe deberá ser ingresado na conta núm. ES17.2080.5401.57.3110106612 aberta na entidade ABANCA. 2. Notificar esta resolución ó interesado para que, se o considerase oportuno, nun prazo non superior a quince días, computados a partir do día seguinte ó que teña lugar a notificación deste acto, poida alegar e presentar os documentos que estime pertinentes, conforme o disposto no artigo 94.2 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Transcorrido dito prazo sen que se formulen alegacións a resolución devén firme. 16.23876.- RENUNCIA DA “COMUNIDAD USUARIOS TRAÍDA AGUAS BOUZAS-AREAS-BARREIROS (A CAÑIZA)” Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO MARCO DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2015 PARA “RENOVACIÓN TRAÍDA DE AUGAS DE BOUZAS, ADEGAS E BARREIROS” Primeiro.- A Xunta de Goberno na súa sesión do día 19 de decembro de 2014 aprobou as Bases reguladoras do Programa de acción comunitaria (PAC) para o ano 2015, sendo o seu obxecto regular a concesión de subvencións para financiar a realización dos investimentos necesarios para a efectiva prestación dos servizos propios e obrigatorios contemplados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, agás a compra de terreos. Ditas Bases foron publicadas no BOPPO núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015. Segundo.- A Xunta de Goberno da Deputación na sesión ordinaria celebrada o día 3 de xullo de 2015 acordo número 7.23644, concedeu á Comunidad Usuarios Traída Aguas Bouzas-Areas-Barreiros (CIF: V36519924) do Concello de A Cañiza, unha subvención por importe de 3.835,00 € con destino ó financiamento do investimento “Renovación traída de augas de Bouzas, Adegas e Barreiros”, polo procedemento de concorrencia competitiva. Terceiro.- D. José Ignacio Gómez Domínguez, con DNI: 36011987J, en calidade de Presidente da Comunidad Usuarios Traída Aguas Bouzas-Areas-Barreiros (CIF:V.36519924) do Concello de A Cañiza, presenta un escrito, con data de entrada no Rexistro Xeral da Deputación 28/10/2015 e número de rexistro 2015111758, no que manifesta o seu desexo de renunciar á subvención concedida polo importe de 3.835,00 €, motivada pola inexistencia de fondos necesarios para poder levar a cabo o proxecto. Fundamentos Xurídicos: 1º.- O artigo. 90 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude ou, cando non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar ós seus dereitos. 2º.- Pola súa parte, no artigo. 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, recóllese que tanto o desistimento como a renuncia poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia. Neste caso, indícase no punto 2 do citado artigo que a Administración aceptará de plano o desistimento ou a renuncia e declarará concluso o procedemento salvo que, téndose persoado no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días desde que foron notificados. Asemade, no seu apartado 3, sinálase que se a cuestión suscitada entrañase interese xeral ou fora conveniente substanciala para a súa definición e esclarecemento, a Administración poderá limitar os efectos do desistimento ou a renuncia ó interesado e seguirase o procedemento. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, vista a solicitude de renuncia expresa presentada polo interesado e sen prexuízo das salvidades sinaladas no artigo 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, infórmase favorablemente a aceptación da renuncia solicitada e a declaración do expediente como concluso, ordenándose o seu arquivo. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a renuncia presentada pola Comunidad Usuarios Traída Aguas Bouzas-Areas-Barreiros (CIF: V36519924) do Concello de A Cañiza, á subvención de 3.835,00 € dentro do Programa de Acción Comunitaria do ano 2015 para ó investimento núm. 2015004168, denominado “Renovación traída de augas de Bouzas, Adegas e Barreiros”. 2. Declarar concluso o expediente e proceder ó seu arquivo. 3. Darlle traslado do acordo á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e á Comunidad Usuarios Traída Aguas Bouzas-Areas-Barreiros (CIF: V36519924) do Concello de A Cañiza. 17.23877.- CAMBIO DE FINALIDADE NA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE O GROVE PARA A CONSTRUCIÓN DO “CENTRO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E DIVULGACIÓN DA CARPINTERÍA DE RIBEIRA” (CICRI) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 28 de febreiro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais (PUSIM/14), que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 44, do 5 de marzo de 2014, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. Se ben se debe ter en conta a modificación do dito plan aprobado mediante acordo plenario do 30 de maio de 2014, publicado no BOPPO núm. 105, do 3 de xuño de 2014. Mediante acordo da Xunta de Goberno núm. 2.21596 do 9 de decembro de 2013, ó abeiro do POSP/13, concedeuse ó Concello do Grove, CIF.: P3602200B, unha subvención por importe de 200.000,00 € para a execución do investimento “Centro de investigación, desenvolvemento e divulgación da carpintería de Ribeira”, en adiante CICRI. Mediante acordo da Xunta de Goberno núm. 25.22934 de 19 de decembro de 2014, concedeuse, ó abeiro do PUSIM/14, unha subvención de 450.000,00 € ó Concello do Grove para a execución do investimento salientado no parágrafo anterior. Desta subvención o importe de 90.000,00 € proveñen do crédito reservado a concesión directa no PUSIM/14, dándose conta á Comisión informativa de cooperación do seu outorgamento na sesión celebrada ó día 23 de decembro de 2014. A concesión da subvención foi publicada no BOPPO núm. 21 do 02 de febreiro de 2015. En data 01/10/2015 ten entrada no Rexistro Xeral da Deputación co número de rexistro 2015102906 petición do Concello do Grove no que se manifesta a vontade da Corporación actual de non construír o CICRI, e solicita que o crédito destinado a financiar este investimento se aplique ó financiamento, entre outras, das obras que se relacionan deseguido, consideradas de maior interese social: Denominación Orzamento Importe subvención Reforma-Acondicionamento Caseta Ardia 46.628,74 € 46.628,74 € Reforma escola de música 83.284,37 € 83.284,37 € Adaptación Edifico OMIX 83.892,17 € 83.892,17 € Zona deportiva Terra de Porto 127.431,15 € 127.431,15 € Importe total 341.236,43 € O crédito dispoñible para o financiamento do CICRI está comprometido na aplicación 2015/942.9420.762.36.2014 do vixente Orzamento provincial. Fundamentación Xurídica: Normativa Examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Sector Público. - Bases de execución do Orzamento Provincial para o ano 2015. - Bases reguladoras do PUSIM/14. Consideracións xurídicas: Instrución do Expediente: - Base reguladora 10ª do PUSIM/14 relativa á instrución, procedemento e xustificación, que indica que correspóndelle ao Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Procedencia do cambio de aplicación: - Artigo 90 da LRXAP- PAC, que establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude, e sempre e cando non estea expresamente prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar os seus dereitos. - Artigo 91 da LRXAP- PAC que dispón que tanto a renuncia como o desestimento poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia, e en principio, a Administración as aceptará de plano dando por concluso o procedemento salvo que, téndose persoado no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foron notificados. Asemade, no seu apartado 3, sinálase que se a cuestión suscitada entrañase interese xeral ou fora conveniente substanciala para a súa definición ou esclarecemento, a Administración podería limitar os efectos do desestimento ou a renuncia. - Artigo 64 do RLXS que dispón que unha vez recaído un acordo ou resolución de concesión pódese solicitar unha modificación do seu contido, de acordo co disposto nas bases reguladoras da subvención, e sempre e cando non se prexudique dereitos de terceiros e se solicite antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 11ª das reguladoras do PUSIM/14 que, ó abeiro do artigo 64 do RLXS, contempla as circunstancias que poden dar lugar a modificación da resolución ou acordo de concesión. - Bases 25ª.5ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2015 que regula as obrigas dos beneficiarios en relación co disposto no artigo 14 da LXS, de xeito que estes quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se sé estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos. - Base 16ª das reguladoras do PUSIM/14, relativa a execución, xustificación, recepción uso dos investimentos que dispón que os investimentos deben estar executados e xustificados na súa totalidade a 31 de decembro de 2015. Conclusións: Vista a petición achegada polo Concello do Grove se axusta as consideracións xurídicas expostas; que a dirección de infraestruturas supervisou os proxectos achegados emitindo informe favorable con data 22 e 30 de outubro de 2015; que o cambio se solicita antes de que finalice o prazo de xustificación dos investimentos incluídos no PUSIM/14 e que co mesmo non prexudican dereitos ou intereses de terceiros, informo favorablemente a tramitación do expediente co obxecto de que por parte do órgano competente se acepte a renuncia do Concello do Grove a executar o CICRI e autorice o cambio de finalidade, de xeito que o crédito destinado ó financiamento da obra citada, se destine o financiamento dos seguintes investimentos: Denominación Orzamento Importe subvención Reforma-Acondicionamento Caseta Ardia 46.628,74 € 46.628,74 € Reforma escola de música 83.284,37 € 83.284,37 € Adaptación Edifico OMIX 83.892,17 € 83.892,17 € Zona deportiva Terra de Porto 127.431,15 € 127.431,15 € Importe total 341.236,43 € Para a execución do investimento “Zona deportiva Terra de Porto” o Concello está a tramitar as preceptivas autorizacións sectoriais polo que a eficacia do acto de concesión quedará condicionada a este pormenor. Réxime competencial: En virtude das competencias recollidas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais é a Xunta de Goberno. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Por todo o exposto e á vista do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aceptar a renuncia formulada polo Concello do Grove a execución do investimento “Centro de investigación, desenvolvemento e divulgación da carpintería de Ribeira (CICRI)”. Declarar concluso o expediente e proceder o seu arquivo. Autorizar o cambio de finalidade de xeito que o crédito destinado o financiamento da obra salientada no punto primeiro se aplique nos investimentos: Denominación Orzamento Importe subvención Reforma-Acondicionamento Caseta Ardia 46.628,74 € 46.628,74 € Reforma escola de música 83.284,37 € 83.284,37 € Adaptación Edifico OMIX 83.892,17 € 83.892,17 € Zona deportiva Terra de Porto 127.431,15 € 127.431,15 € Importe total 341.236,43 € O investimento denominado “Zona deportiva Terra de Porto” está suxeito á concesión de autorizacións sectoriais polo que a eficacia da concesión quedará condicionada a este pormenor. O pago da subvención se realizará contra a aplicación 2015/942.9420.762.45.2014 do vixente Orzamento provincial. A execución, xustificación dos investimentos axustarase ó disposto na base décimo sexta das reguladoras do PUSIM/14. 18.23878.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 8.23807 DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 9 DE OUTUBRO DE 2015 SOBRE A CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CUNTIS NO MARCO DO II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Primeiro.- Por acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 25 de setembro de 2015, aprobáronse as Bases reguladoras do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, sendo o seu obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública en réxime de concorrencia das axudas e subvencións destinadas a financiar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de persoas desempregadas. Ditas Bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 187, do 28 de setembro 2015. Segundo.- Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención e dos informes da Comisión Avaliadora, da xefa do Servizo de Cooperación e do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 9 de outubro de 2015, punto número 8.23807, acordou a concesión de subvencións ó abeiro do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, mediante o procedemento de concorrencia, con cargo á aplicación 15/942.9420.462.03 do vixente Orzamento provincial. Terceiro.-. No caso do Concello de Cuntis, concedéuselle unha axuda conforme á seguinte táboa: CONCELLO CUNTIS NÚMERO DE TRABALLADORES 20 CATEGORÍA PROFESIONAL 1 operario de tractor - desbrozadora, 1 palista, 2 condutores de camión, 1 carpinteiro, 3 albaneis, 2 peóns de mantemento, 1 peón de recollida do lixo, 1 canteiro, 2 peóns forestais, 2 administrativos, 1 traballador social, 1 enxeñeiro técnico agrícola, 1 administrativo de apoio ós servizos culturais e 1 monitor de tempo libre IMPORTE CONCEDIDO 38.927,20 € Cuarto.- Debido ás dificultades para atopar candidatos inscritos na oficina de emprego na categoría de traballador social a que se concedeu a subvención, o Concello de Cuntis, mediante escrito (con entrada no rexistro da Deputación o 29/10/2015, núm.2015112165), solicita que se modifique o seu acordo de concesión para permitirlle facer a busca de candidatos na categoría de administrativo. Fundamentos Xurídicos: - O artigo. 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, establece que se poderá autorizar a modificación sempre que non se danen dereitos de terceiros. A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 25ª.5ª.b) das do Orzamento provincial para o ano 2015, dispón que os beneficiarios da subvención quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida, co obxecto de que, se se estiman con suficiente antelación, poida procederse á modificación da resolución. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto que non se observa prexuízo algún a terceiros e que aínda non finalizou o prazo para a realización da actividade subvencionada, infórmase favorablemente a citada modificación. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Modificar o acordo da Xunta de Goberno número 8.23807 do día 9 de outubro de 2015, no relativo á categoría profesional dos traballadores a contratar polo Concello de Cuntis, manténdose en todo o demais os termos xa acordados, e que queda establecida da maneira que se detalla na seguinte táboa: ANEXO RELACIÓN II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Concello Núm. de traballadores solicitado Categoría profesional Importe concedido Cuntis 20 1 operario de tractor - desbrozadora, 1 palista, 2 condutores de camión, 1 carpinteiro, 3 albaneis, 2 peóns de mantemento, 1 peón de recollida do lixo, 1 canteiro, 2 peóns forestais, 3 administrativos , 1 enxeñeiro técnico agrícola, 1 administrativo de apoio ós servizos culturais e 1 monitor de tempo libre 38.927,20€ 2. Darlle traslado do acordo ó Concello de Cuntis, á Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 19.23879.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 8.23807 DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 9 DE OUTUBRO DE 2015 SOBRE A CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE RODEIRO NO MARCO DO II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Primeiro.- Por acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 25 de setembro de 2015, aprobáronse as Bases reguladoras do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, sendo o seu obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública en réxime de concorrencia das axudas e subvencións destinadas a financiar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de persoas desempregadas. Ditas Bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 187, do 28 de setembro 2015. Segundo.- Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención e dos informes da Comisión Avaliadora, da xefa do Servizo de Cooperación e do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 9 de outubro de 2015, punto número 8.23807, acordou a concesión de subvencións ó abeiro do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, mediante o procedemento de concorrencia, con cargo á aplicación 15/942.9420.462.03 do vixente Orzamento provincial. Terceiro.- No caso do Concello de Rodeiro, concedéuselle unha axuda conforme á seguinte táboa: CONCELLO RODEIRO NÚMERO DE TRABALLADORES 20 CATEGORÍA PROFESIONAL 6 peóns para o servizo de mantemento de servizos básicos municipais (dous deles pintores), 1 traballador social, 1 auxiliar de axuda no fogar, 1 monitor deportivo, 1 técnico de patrimonio, 1 técnico de administración xeral, 1 auxiliar administrativo, 1 animador sociocultural, 1 mestre de primaria, 1 coidador infantil, 1 condutor, 1 peón xardineiro e 3 peóns para o servizo de medio ambiente IMPORTE CONCEDIDO 38.927,20 € Cuarto.- Debido ás dificultades para atopar candidatos inscritos na oficina de emprego en dúas categorías, un técnico de administración xeral e un auxiliar de axuda no fogar para as que se concedeu a subvención, o Concello de Rodeiro, mediante escrito (con entrada no rexistro da Deputación o 29/10/2015, núm. 2015112379), solicita que se modifique o seu acordo de concesión para permitirlle facer a busca de dous novos postos coa categoría de peóns para o servizo de mantemento de servizos básicos municipais. Fundamentos Xurídicos: - O artigo. 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, establece que se poderá autorizar a modificación sempre que non se danen dereitos de terceiros. A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 25ª.5ª.b) das do Orzamento provincial para o ano 2015, dispón que os beneficiarios da subvención quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida, co obxecto de que, se se estiman con suficiente antelación, poida procederse á modificación da resolución. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto que non se observa prexuízo algún a terceiros e que aínda non finalizou o prazo para a realización da actividade subvencionada, infórmase favorablemente a citada modificación. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Modificar o acordo da Xunta de Goberno número 8.23807 do día 9 de outubro de 2015, no relativo á categoría profesional dos traballadores a contratar polo Concello de Rodeiro, manténdose en todo o demais os termos xa acordados, e que queda establecida da maneira que se detalla na seguinte táboa: ANEXO RELACIÓN II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Concello Núm. de traballadores solicitado Categoría profesional Importe concedido Rodeiro 20 8 peóns para o servizo de mantemento de servizos básicos municipais (dous deles pintores), 1 traballador social, 1 monitor deportivo, 1 técnico de patrimonio, 1 auxiliar administrativo, 1 animador sociocultural, 1 mestre de primaria, 1 coidador infantil, 1 condutor, 1 peón xardineiro e 3 peóns para o servizo de medio ambiente 38.927,20 € 2. Darlle traslado do acordo ó Concello de Rodeiro, á Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 20.23880.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 8.23807 DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 9 DE OUTUBRO DE 2015 SOBRE A CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILA DE CRUCES NO MARCO DO II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Primeiro.- Por acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 25 de setembro de 2015, aprobáronse as Bases reguladoras do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, sendo o seu obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública en réxime de concorrencia das axudas e subvencións destinadas a financiar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de persoas desempregadas. Ditas Bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 187, do 28 de setembro 2015. Segundo.- Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención e dos informes da Comisión Avaliadora, da xefa do Servizo de Cooperación e do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 9 de outubro de 2015, punto número 8.23807, acordou a concesión de subvencións ó abeiro do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, mediante o procedemento de concorrencia, con cargo á aplicación 15/942.9420.462.03 do vixente Orzamento provincial. Terceiro.-. No caso do Concello de Vila de Cruces, concedéuselle unha axuda conforme á seguinte táboa: CONCELLO VILA DE CRUCES NÚMERO DE TRABALLADORES 24 CATEGORÍA PROFESIONAL 3 peóns condutores, 1 conserxe, 2 auxiliares administrativos e 18 peóns de obras. IMPORTE CONCEDIDO 46.712,64 € Cuarto.- Debido ás dificultades para atopar candidatos inscritos na oficina de emprego na categoría de peón condutor para a que se concedeu a subvención e na que quedan vacantes dous postos, o Concello de Vila de Cruces, mediante escrito (con entrada no rexistro da Deputación o 29/10/2015, núm. 2015112398), solicita que se modifique o seu acordo de concesión para permitirlle facer a busca na categoría de peóns de obras. Fundamentos Xurídicos: - O artigo. 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, establece que se poderá autorizar a modificación sempre que non se danen dereitos de terceiros. A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 25ª.5ª.b) das do Orzamento provincial para o ano 2015, dispón que os beneficiarios da subvención quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida, co obxecto de que, se se estiman con suficiente antelación, poida procederse á modificación da resolución. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto que non se observa prexuízo algún a terceiros e que aínda non finalizou o prazo para a realización da actividade subvencionada, infórmase favorablemente a citada modificación. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Modificar o acordo da Xunta de Goberno número 8.23807 do día 9 de outubro de 2015, no relativo á categoría profesional dos traballadores a contratar polo Concello de Vila de Cruces, manténdose en todo o demais os termos xa acordados, e que queda establecida da maneira que se detalla na seguinte táboa: ANEXO RELACIÓN II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Concello Núm. de traballadores solicitado Categoría profesional Importe concedido Vila de Cruces 24 1 peón condutor, 1 conserxe, 2 auxiliares administrativos e 20 peóns de obras 46.712,64 € 2. Darlle traslado do acordo ó Concello de Vila de Cruces, á Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 21.23881.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº13.23677 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 10/07/2015 A Xunta de Goberno, na sesión do día 10 de xullo de 2015, adoptou entre outros o seguinte acordo: “Aprobación da adquisición de Firewalls de nova xeración da Deputación de Pontevedra, mediante sistema de contratación centralizada estatal da dirección xeral de racionalización e centralización da contratación do Ministerio de Facenda e Administracións públicas, á empresa Acuntia, S.A. (Exp. 2015026121)”. Considerando o erro advertido na desagregación orzamentaria do importe total polo que se adxudicou o contrato á empresa Acuntia, S.A. manifestado de parte do Xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías, proponse á Xunta de Goberno a rectificación na desagregación orzamentaria da cantidade total autorizada. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, permite ás administración públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a rectificación do erro advertido no acordo 13.23677 aprobación da adquisición de Firewalls de nova xeración da Deputación de Pontevedra, mediante sistema de contratación centralizada estatal da dirección xeral de racionalización e centralización do ministerio de Facenda e Administracións Públicas, á empresa Acuntia, S.A. (expte.:2015026121) no seguinte senso: Onde di: “2.- Autorizar o gasto polo importe de 138.198,38€ de acordo ó seguinte detalle: -Aplicación orzamentaria 2015/926.9260.626.01 por importe de 113.277,37€ para facer fronte ós gastos derivados da adquisición de Firewalls de nova xeración. -Aplicación orzamentaria 2015/926.9260.227.19 por importe de 24.921,01€ para facer fronte ós gastos derivados do servizo de mantemento.” Debe dicir: “2.- Autorizar o gasto polo importe de 138.198,38€ de acordo ó seguinte detalle: -Aplicación orzamentaria 2015/926.9260.626.01 por importe de 111.110,32€ para facer fronte ós gastos derivados da adquisición de Firewalls de nova xeración. -Aplicación orzamentaria 2015/926.9260.227.19 por importe de 27.088,06€ para facer fronte ós gastos derivados do servizo de mantemento.” 22.23882.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 6.23776 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 25/09/2015 Conforme o establecido no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a rectificación do Acordo nº 6.23776 adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión celebrada o día 25 de setembro de 2015, polo que se prorrogaron ás bolsas concedidas ós bolseiros do Plan de práctica laboral na deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014/2015, que remataban o primeiro período da bolsa o 30 de setembro de 2015 no que respecta o centro asignado o bolseiro David Touriño Touceda, no senso que onde di: “ (…) ANEXO I Nº Exp. Titulación 1º Apelido 2º Apelido Nome Centro de destino Importe € 168 D02 Ciclo superior en administración e finanzas Touriño Touceda David Concello de Moaña 700€ (…)”. Debe dicir: “ (…) ANEXO I Nº Exp. Titulación 1º Apelido 2º Apelido Nome Centro de destino Importe € 168 D02 Ciclo superior en administración e finanzas Touriño Touceda David Concello de Moraña 700€ (…)” 23.23883.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 24.23884.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición