ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Acta de sesión 2016/01/22_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.837/1.2016-01-22_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2016/01/22_Ordinaria

  • Data(s) 2016 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 58 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas do día vinte e dous de xaneiro do ano dous mil dezaseis, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.24039.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 15 de xaneiro de 2016. 2.24040.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA “ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR) NO POLÍGONO BARRO-MEIS” (Expte. núm. 2015002864) O Consello Reitor do Organismo Autónomo do IPESPO en sesión de data 23 de febreiro de 2011 aprobou o expediente de contratación para a redacción do proxecto e execución da obra “Estación depuradora de augas residuais para o conxunto industrial de Barro-Meis”. A Xunta de Goberno en sesión do día 6 de febreiro de 2015 acordou a renuncia á celebración do contrato convocado para a redacción do proxecto e execución de obra Estación depuradora de augas residuais para o conxunto industrial de Barro-Meis, por razóns de interese público. Actualmente atópanse instaladas no polígono industrial de Barro-Meis catro empresas e están adxudicadas novas parcelas. Por iso o Técnico colaborador do Polígono Industrial D.Mariano Gómez–Ulla Álvarez, á vista de informe do Servizo de Infraestruturas, solicita que se inicie o procedemento para a contratación conxunta da Redacción de proxecto e execución de obra Estación depuradora de augas residuais (EDAR) para o conxunto industrial Barro-Meis e o Director de Infraestruturas remite con data 14 de xaneiro de 2015 o prego de prescricións técnicas que rexerán na devandita contratación. O obxecto do presente contrato é a redacción do proxecto a nivel construtivo, a execución da obra, posta a punto e asistencia técnica durante as probas de funcionamento de “Estación depuradora de augas residuais (EDAR) no polígono de Barro-Meis”. A Xunta de Goberno, en sesión de data 13/02/2015, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da redacción de proxecto e execución da obra “Estación depuradora de augas residuais (EDAR) no Polígono de Barro-Meis”, con orzamento de licitación de 1.240.250,00 €, IVE incluído. Polo mesmo órgano, en sesión de data 25/08/2015, adxudicouse o contrato a UTE Edar Barro Meis (CIF U-70460555), constituída polas empresas Unika Proyectos y Obras, S.A.U. e Altuna y Uria, S.A., na cantidade de 980.169,58 €, IVE incluído. Redactado o correspondente proxecto, emítese, con data 22/12/2015, polo Director de Infraestruturas informe favorable de supervisión do proxecto, ó considerar que non hai incongruencia algunha entre os distintos elementos que o compoñen e que as obras están definidas de tal xeito que se poden executar correctamente. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o proxecto de execución da obra “Estación depuradora de augas residuais no polígono de Barro-Meis”, con un orzamento de 980.169,58 €, IVE incluído. 2. O prazo establecido para a execución da obra é de nove meses, e comezará, segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas que rexe no contrato, ó día seguinte ó da comprobación do replanteo que terá lugar dentro dos trinta días seguintes ó da notificación deste acordo. 3.24041.- DECLARAR DESERTO O EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN, TRANSPORTE E INSTALACIÓN DOS “CENTROS DE COMPOSTAXE COMUNITARIOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” (Expte. núm. 2015037418) A Deputación Provincial de Pontevedra, no marco das competencias que a lexislación vixente en materia de réxime local lle atribúe no relativo a residuos, de acordo co disposto nos artigos 26.2.a) e 36.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, na redacción dada pola Lei 27/2013, de 13 de decembro, de Racionalización e Sostinibilidade da Administración Local, enmarca unha iniciativa que ten, entre os seus obxectivos estratéxicos, potenciar a área de medio ambiente, cunha aposta clara pola colaboración cos concellos na posta en marcha de plantas comarcais de tratamentos biolóxicos e polo impulso da compostaxe comunal. Neste último aspecto a Deputación Provincial de Pontevedra está traballando para acadar o horizonte de ter instalados nos primeiros meses do ano 2016 unha serie de centros de compostaxe comunais en distintos concellos da provincia, con capacidade unitaria para tratar os residuos orgánicos biodegradables producidos por entre 75 e 300 veciños, tecnicamente denominada fracción orgánica do lixo municipal (FORM), que se mesturará con estruturante para obter como resultado final un compost de tanto mais alta calidade canto máis limpa veña a FORM a tratar. Para poder cumprir dito obxectivo a Deputación farase cargo da compra e instalación dun lote de composteiros comunais para distribuír nos distintos concellos da provincia e que sirvan como inicio e mais marquen unha guía técnica e práctica a seguir, sendo a intención a de acadar a instalación duns 800 centros comunais que cubrirían as necesidades duns 240.000 pontevedreses (un cuarto da poboación da provincia). Ademais de outras vantaxes medioambientais, tan só polo feito de que todo ese FORM non tería que ser recollido no circuíto convencional do lixo, estímase que a implantación da compostaxe comunitaria aforraría uns 40,00-45,00 € por familia e ano. Adicionalmente (no caso dos primeiros centros comunais, servidos por Deputación e con soporte técnico a cargo desta) aforraranse uns 20,00 € máis por familia e ano, que pasarían a ser duns 8,00-10,00 € por familia e ano cando os concellos teñan que soportar custes de adquisición e mantemento por medios propios. Este abaratamento suporía que os gobernos municipais poderían dispoñer dunha maior liquidez para destinar a outros obxectivos, xa que nestes momentos o tratamento do lixo resulta un servizo totalmente deficitario posto que o cobro das taxas do lixo ós cidadáns, en moitos casos, non chega a acadar nin o 50 % do seu custo real da recollida e tratamento deste. Por todo isto, o Xefe do Servizo de Asistencia Municipal, mediante informe emitido con data 30 de setembro de 2015, co visto e prace do vicepresidente, solicitou que se iniciaran os trámites para a contratación da subministración, transporte e instalación en diferentes concellos da provincia de Pontevedra, dun lote de 450 unidades modulares de compostaxe (UMC) para a fabricación de compost cos residuos orgánicos xerados nos fogares. Nos pregos que rexeron a contratación, estableceuse que as UMC se ensamblarían entre si para formar os Centros de Compostaxe Comunitario (CCC) que estarían formados por un número variable de unidades. Resultando que a Xunta de Goberno, na sesión do 23 de outubro de 2015, acordou aprobar o expediente de contratación e iniciar o procedemento aberto, e en cumprimento da normativa vixente, o anuncio de contratación publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 207 de data 27 de outubro de 2015. Finalizado o prazo límite establecido para a presentación de ofertas, recibiuse no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra unha única solicitude de participación da empresa Ingesyma 2006 S.L.U. (CIF: B-27.268.317). Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión do día 18 de novembro de 2015, en acto público, procedeu a apertura dos sobres B correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de Contratos do sector público. Resultando que con data 15 de decembro de 2015 a Técnica de Medio Ambiente emite informe de valoración da oferta técnica presentada pola empresa que participa no procedemento aberto. No informe expón que: “1. A unidade modular de compostaxe (UMC) presentada pola empresa Ingesyma (Ingeniería, Sistemas y Medio Ambiente) está formada por 12 paneis paralelepipédicos (6 paneis superiores de 500/580 x 500 mm, e 6 paneis inferiores de 580/650 x 500 mm), de 1,05 m3 de capacidade que, unha vez ensamblados, conforman unha estrutura hexagonal cun perímetro inferior de 3.900 mm e un superior de 3.000 mm. Ademais, está cuberta por unha tapa formada por dúas metades, unidas entre si por dúas bisagras (tal como mostran as imaxes). Esta unión entre varias unidades de compostaxe ensamblaríase entre si mediante unhas platinas na súas varas, tal como se mostra na imaxe seguinte. Todo o conxunto está fabricado en polietileno de alta densidade, 100 % material reciclado, e carece de estruturas metálicas. As UMC non posúen base para poder colocalas directamente no chan mediante a instalación dunha barreira de 10 cm de grosor dunha mestura de grava e labra de madeira e unha malla metálica que funcione como parapeto no fondo da unidade. 2. Unha vez montada a UMC de Ingesyma polo persoal técnico da Deputación de Pontevedra observamos as seguintes deficiencias: a. As paredes da UMC non son verticais respecto do chan, senón que forman un certo ángulo, menor de 90 º, co chan, do que resulta unha estrutura troncocónica unha vez montado. Esta característica provoca que cando se procede á unión lateral das paredes de dúas ou máis UMC sexa imposible manter a verticalidade do conxunto resultante, tal como se mostra na figura. Este feito ocasionará que no proceso de transvase do material en proceso de compostaxe dunha unidade a outra (necesario para completar o proceso de fermentación) o manexo do material non sexa posible. Neste sentido a UMC presentada incumpriría o prego de prescricións técnicas que no seu punto 2 establece que “ O volume das UMC será da orde de 1 m3, coa capacidade de operar tanto separados como tras ser ensamblados, uns a outros lateralmente, para deste xeito ir paulatinamente formando conxuntos de crecente capacidade, desde o mínimo marcado (3 UMC) ata o máximo tamén marcado (12 UMC)” e que” As UMC deberán contar cun sistema de manexo simple e cómodo para a apertura total ou parcial de todas as súas paredes laterais para unha fácil retirada ou transvase do seu material ao exterior ou á UMC lindante”. b.En relación á tapa da UMC presentada pola empresa, pódese apreciar a simple vista que non é unha estrutura estanca ou minimamente estanca. A unión das dúas unidades da tapa forma un suco demasiado grande polo que a auga da chuvia entrará sen control. Esta auga de choiva, que entraría na UMC, ocasionaría que o material puidese ter unha humidade maior e polo tanto podería levar a desacelerar o proceso normal de compostaxe e a producir efectos colaterais como malos cheiros, aparición de insectos e roedores, etc. Esta característica da UMC ofertada tamén incumpre o disposto no punto 2 do prego de prescricións técnicas cando se indica que «Cada UMC deberá contar cunha tapa superior practicable que permita a achega dos residuos dunha forma cómoda, valorándose elementos que faciliten o seu uso. En caso de ser de tipo pivotante deberá permitir un grao de apertura non inferior a 60 . As tapas pechadas deberán impedir a entrada da auga de choiva ou calquera elemento sólido no seu interior, polo que debe ser estanco, pero valorarase a súa permeabilidade selectiva fronte ao vapor de auga».” O mencionado informe conclúe que a empresa Ingesyma (Ingeniería, Sistemas y Medio Ambiente) non cumpre cos mínimos esixidos no punto 2 do prego de prescricións técnicas no relativo ás especificacións técnicas dos materiais a contratar. Vista a Acta da Mesa de Contratación de data 23 de decembro de 2015, na que se rexeita a oferta presentada e se acorda propoñer ó Órgano de Contratación declarar deserto o procedemento aberto convocado para a contratación da subministración, transporte e instalación dos Centros de Compostaxe Comunitarios na Provincia de Pontevedra ó non reunir as condicións mínimas esixidas nos pregos a empresa admitida ó procedemento. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l.o 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Descartar a oferta presentada pola empresa Ingesyma 2006, S.L.U. (CIF: B-27.268.317). 2. Declarar deserto o procedemento aberto convocado para a contratación da subministración, transporte e instalación dos centros de compostaxe comunitarios na provincia de Pontevedra por non reunir as condicións esixidas nos pregos a única empresa admitida ó devandito procedemento. 4.24042.- INICIO DO EXPEDIENTE DE RESOLUCIÓN DO CONTRATO DE SERVIZO DE ASESORAMENTO E COLABORACIÓN MATERIAL NA REGULARIZACIÓN E ACTUALIZACIÓN DOS PADRÓNS FISCAIS, MEDIANTE OS PROCESOS DE INSPECCIÓN TRIBUTARIA, DAS TAXAS DELEGADAS POLO CONCELLO DE ARBO (ORAL) Primeiro.- O Consello Reitor do ORAL, en sesión celebrada en data 20 de abril de 2012, adxudicou o contrato de “Servizo de asesoramento e colaboración material na regularización e actualización dos padróns fiscais, mediante procedementos de inspección tributaria, das taxas delegadas polo Concello de Arbo (auga, rede de sumidoiros, lixo e vaos)” á empresa Solucións de Recadación Microibérica, S.L., con CIF B-36.420.586 por un importe de máximo de 29.950,00 € máis o IVE correspondente, e sendo o prazo máximo de entrega dos traballos o 29 de marzo de 2013. Os traballos obxecto deste contrato comprenden varias fases: 1º traballo de gabinete, 2º entrega do padrón provisional e inicio dos traballos en campo, 3º período de atención ó público e 4º resolución das alegacións e entrega dun Padrón definitivo. Segundo.- A empresa Microibérica, en data 18 de febreiro de 2013 entregou no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra a primeira certificación dos traballos realizados, por importe de 2.447,77 €, que comprendía a entrega de varias fichas censuais de auga, lixo e sumidoiros. Os traballos non foron aceptados polo ORAL por non cumprir cos estándares de calidade mínimos esixidos nos pregos. O contratista efectuou varias entregas para a validación desta primeira certificación ata en cinco ocasións, emitido os técnicos do ORAL informes debidamente motivados nos que se puña de manifesto que os traballos non podían validarse pola multitude de deficiencias que se detectaron no proceso de control de calidade (os informes obran no expediente), dando traslado de todas as incidencias ó contratista. Terceiro: En data 9 de xullo de 2013 o Servizo ORAL, nunha reunión formal mantida co contratista, acordan con este que se este entregue un padrón provisional xunto coas fichas censuais para a súa valoración e, no caso de atoparse correcto, tramitaríase o aboo das certificacións correspondentes, en caso contrario, acordaríase a suspensión cautelar do contrato ata a súa resolución polo órgano de contratación se así o consideraba oportuno. Cuarto.- O contratista en data 28 de novembro de 2014 presenta a documentación correspondente ó padrón provisional para a súa valoración e verificación. O 3 de decembro de 2014 o Servizo de Xestión de RRPP e Inspección informa que os traballos entregáronse completamente fóra do prazo establecido para a execución do contrato (20 meses despois) non tendo constancia de que o contratista solicitase prórroga do prazo, polo que consideran que non procede analizar a calidade dos traballos ó atoparse totalmente fóra de prazo o que supón que se atopen totalmente desactualizados. Quinto.- O Tesoureiro da Deputación, en data 18 de novembro de 2015, emite informe cronolóxico no que se fixan os feitos determinantes para iniciar o expediente de resolución do contrato. Tendo en conta todos os feitos e antecedentes que figuran no expediente, proponse ó órgano de contratación a resolución do contrato por incumprimento do contratista dos prazos de execución do contrato así como das restantes obrigas contractuais. Fundamentos de dereito: Primeiro.- O órgano de contratación que adxudicou o contrato foi o Consello Reitor do ORAL, nembargante dende que o ORAL se integrou na Deputación de Pontevedra (con efectos dende o 1 de xaneiro de 2013), o órgano competente para interpretar este contrato e resolver as dúbidas que ofreza é a Xunta de Goberno, en virtude da base 16ª.2) das bases de execución do orzamento da Deputación. Segundo.- O art. 221 do TRLCSP establece que “Os contratos extinguiranse por cumprimento ou por resolución”. Neste sentido, o art. 223 do mesmo texto dispón as causas de resolución do contrato, entre elas as detalladas no apartado d) “A demora no cumprimento dos prazos por parte do contratista...” e no apartado h) “As que se sinalen expresamente no contrato”. Terceiro.- A resolución dos contratos administrativos constitúe un procedemento autónomo e con substantividade propia e atópase regulado expresamente no art. 109 do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP), aprobado polo Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro e que dispón o seguinte: “1. A resolución do contrato acordarase polo órgano de contratación, de oficio ou a instancia do contratista (...) e cumprimento dos requisitos seguintes: a. Audiencia do contratista por prazo de dez días naturais, no caso de proposta de oficio. b. Audiencia, no mesmo prazo anterior, do avalista ou asegurador se se propón a incautación da garantía. c. Informe do Servizo Xurídico, salvo nos casos previstos nos artigos 41 e 96 da Lei. d. Ditame do Consello de Estado ou órgano consultivo equivalente da Comunidade Autónoma respectiva, cando se formule oposición por parte do contratista. 2. Todos os trámites e informes preceptivos dos expedientes de resolución dos contratos consideraranse de urxencia e gozarán de preferencia para o seu despacho polo órgano correspondente”. Por todo o exposto, en virtude do previsto na base 16ª das bases de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Iniciar o expediente de resolución do contrato coa empresa Soluciones de Recaudación Microibérica, S.L., e requirir ó contratista, a través de “trámite de audiencia”, para que nun prazo de dez días naturais dende a recepción deste escrito poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que estime pertinentes, prestando a súa conformidade ou oposición a este acordo. 5.24043.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONSTITUCIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DUN ACORDO MARCO PARA A “SUBMINISTRACIÓN DE VEHÍCULOS EN RÉXIME DE ALUGUER NO MARCO DO PROGRAMA DE POSTA EN VALOR DOS XACEMENTOS GALAICO – ROMANOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” (Expte. núm.2015044407) A Deputación de Pontevedra asinou o pasado 14 de marzo de 2015 un protocolo de colaboración co Ministerio de Fomento cuxo obxecto é a posta en valor dos xacementos Galaico – Romanos da provincia de Pontevedra por medio dunha estratexia de promoción turística que ten unha duración de dous anos. Estes xacementos constitúen bens con valor científico, turístico e socioeconómico que serán recuperados mediante o desenvolvemento dun programa integral cuxas liñas estratéxicas de actuación corresponden á súa limpeza, mantemento, sinalización, difusión/promoción, escavación, musealización, accesibilidade e dixitalización. Para que o equipo de traballo adscrito ó programa poida desprazarse polos xacementos da provincia e poder así realizar as funcións e tarefas do mesmo, a Xefa do Servizo Turismo Rías Baixas, mediante informe remitido ó Servizo de Contratación con data 4 de decembro de 2015, co visto e prace do deputado delegado, solicita que se inicien os trámites oportunos para levar a cabo a Contratación da subministración de vehículos en réxime de alugamento dentro do marco do programa de posta en valor dos xacementos Galaico – Romanos da provincia de Pontevedra. Asemade, o Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, tal e como prevé o artigo 109 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), xustifica no expediente a elección do procedemento e elabora o proxecto do prego de condicións económico - administrativas. Polo secretario infórmase favorable o proxecto de prego de cláusulas económico administrativas. Posteriormente trasládase o expediente de contratación ó Servizo de Intervención para que o fiscalice nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro. Resultando que o contrato se articula como un acordo marco, polo que, as obrigas económicas para a Deputación de Pontevedra serán as que resulten dos contratos derivados do mesmo, que se axustarán ós prezos máximos previstos nos pregos e no seu caso, na oferta da empresa adxudicataria do acordo marco. Visto o informe favorable de fiscalización, de data 15 de xaneiro de 2016, no que se establece que as obrigas derivadas deste contrato serán financiadas con cargo á aplicación 16/433.3361.204.00 (Proxecto 1510002 – Xacementos Galaico Romano) do Orzamento provincial e para o ano 2017 quedará condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no correspondente exercicio orzamentario. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno a acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto dun acordo marco para a subministración de vehículos en réxime de aluguer no marco do programa de posta en valor dos xacementos galaico - romanos da provincia de Pontevedra de acordo ós seguintes prezos unitarios máximos: Tipo de vehículo Uds. Prezo máximo unitario mensual sen IVE Furgoneta 5 prazas 3 528,46 € Furgoneta 5 prazas con gancho e remolque 1 831,79 € Furgoneta 9 prazas 2 910,87 € 2.- O pago do contrato será financiado con cargo á aplicación 16/433.3361.204.00 (Proxecto 1510002 – Xacementos Galaico Romano) do vixente Orzamento provincial e para o ano 2017 quedará condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no correspondente exercicio orzamentario. 3.- Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación, concedendo un prazo de 15 días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011), a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A CONSTITUCIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DUN ACORDO MARCO PARA A SUBMINISTRACIÓN DE VEHICULOS EN RÉXIME DE ALUGUER NO MARCO DO PROGRAMA DE POSTA EN VALOR DOS XACEMENTOS GALAICO - ROMANOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. Nº Expte. 2015044407 I. ESTIPULACIÓNS XERAIS 1.- OBXECTO O obxecto do Acordo Marco ó que se refire o presente prego é o establecemento dos prezos unitarios de subministración, en función do volume, que serán aplicados ós distintos tipos de produtos descritos no apartado 1 do Anexo/s I, e dos termos completos e condicións que rexeran nos contratos de subministración destes produtos que realice a Deputación de Pontevedra durante o período de vixencia deste Acordo, sen que o número total de unidades a subministrar estea definido con exactitude ó tempo de celebrar este Acordo Marco, por estar subordinadas as entregas ás necesidades do adquirente. Se o Acordo está dividido en lotes, os licitadores poderán optar a un lote, a varios ou a todos eles, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se estará ó estipulado no apartado 1 do Anexo I deste prego. 2.- RÉXIME XURÍDICO O Acordo Marco e os seus contratos derivados réxense, ademais de pola normativa sectorial que sexa de aplicación, polas normas xurídicas e os seguintes documentos: - Polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (en adiante, TRLCSP). - Polo Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. - Polo Regulamento xeral de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro (en adiante, RGLCAP), naquelo no que non se opoña ó TRLCSP. - Pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor. - Polo Real Decreto 773/2015, de 28 de agosto, polo que se modifican determinados preceptos do RGLCAP. - Polo prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas, ambos de carácter contractual, de acordo cos artigos 115, 116 e 117 TRLCSP. - Polo resto do ordenamento xurídico administrativo, nos casos en que sexa aplicable a causa de falta dunha norma contractual específica. 3.- FINANCIAMENTO E VALOR ESTIMADO DO ACORDO MARCO Os contratos derivados do Acordo Marco serán financiados do xeito que se establece no apartado 1 do Anexo/s I e distribuído nas anualidades previstas. O valor estimado do Acordo Marco, calculado de conformidade co artigo 88.8 TRLCSP, ascende a cantidade expresada no apartado 1 do Anexo/s I do presente prego, incluíndo na devandita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son de conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso, indicarase como partida independente, o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten superando o valor estimado de licitación serán descartadas automaticamente. O devandito valor tívose en conta para a elección do procedemento de adxudicación aplicable e a publicidade a que vai someterse, sen que a Administración quede obrigada a levar a efecto unha determinada contía de subministración, sen prexuízo de que o valor estimado poda verse incrementado por ser maiores as necesidades do adquirente ás inicialmente previstas, de acordo co disposto no artigo 9.3.a) TRLCSP, e sempre previa fiscalización do expediente de gasto. Os orzamentos concretos de adxudicación determinaranse en cada un dos contratos derivados do Acordo Marco, e incluirán na devandita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son de conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso, indicarase como partida independente, o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). 4.- PRAZO DE VIXENCIA DO ACORDO MARCO O prazo de vixencia do Acordo Marco será o que figure no apartado 1 do Anexo/s I, sen que poda ter unha duración superior, incluídas as prórrogas, a catro anos, de conformidade co disposto no artigo 196.3 TRLCSP. Este prazo comezará a contar a partir da data establecida no documento en que se formalice. No caso de que no mesmo apartado se prevexa a posibilidade de prórroga ou prórrogas, estas deberán quedar formalizadas antes da finalización da vixencia inicial do Acordo, sendo obrigatorias para o adxudicatario se así se dispón no citado apartado. II. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DOS ADXUDICATARIOS DO ACORDO MARCO 5.- NÚMERO MÁXIMO DE ADXUDICATARIOS DO PRESENTE ACORDO E PROCEDEMENTO O presente Acordo Marco soamente poderá adxudicarse a un único licitador. No suposto de que estivera previsto no apartado 1 do Anexo/s I do presente prego licitar por lotes, para cada un deles soamente poderá existir un único adxudicatario. O Acordo Marco adxudicarase polo procedemento aberto, atendendo a un único criterio, segundo o disposto no apartado 1 do Anexo/s I do presente prego, e en aplicación do artigo 150 TRLCSP, conforme os termos e requisitos establecidos no devandito texto legal. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoña no apartado 2 do Anexo/s I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 60 da mencionada norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); as devanditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración, debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión, con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. As devanditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 7.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación (sede de Pontevedra: de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.30 horas e de 17.00 a 19.00 horas, e sábados, en horario de 9.00 a 13.00 horas; sede da Deputación en Vigo: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas) durante un prazo de 15 días naturais (artigo 159.2 TRLCSP), a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 7.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar DOUS sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - Sobre (A ou B). Poñer a letra en función do sobre correspondente. - Lote nº … (Especificar o número do lote o que se licita, no caso de que o procedemento se divida en lotes). - Nº Expediente No caso que se coñeza. - Denominación do contrato - Nome do licitador - CIF - Enderezo, e-mail e teléfono de contacto - Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) 8.- GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% da media anual do prezo estimado para este Acordo Marco, excluído o IVE, (cláusula 1.6 Anexo I do presente prego), e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. No caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, neste caso, a solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte pola orde no que quedaran clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: - Deputado delegado pola Presidencia VOGAIS: - Un/ha Deputado/a do Grupo Provincial do PP - Un/ha Deputado/a do Grupo Provincial do BNG - O Deputado do Grupo Mixto - O secretario xeral - O interventor - A persoa responsable do centro xestor SECRETARIO: - O xefe do Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS Unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación, a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a Mesa, ás once horas e trinta minutos do primeiro mércores seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, sempre que transcorresen polo menos tres días hábiles desde a finalización do prazo, sinalará en acto público as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas (oferta económica). No caso de que non transcorresen eses tres días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de plicas, o acto da mesa de contratación realizarase o mércores da semana seguinte. Aplicaranse os criterios establecidos no apartado 3 do anexo I. De seguido clasificaranse as propostas en orde decrecente de avaliación e propoñeráselle ó órgano de contratación a adxudicación en favor do licitador que propuxera a oferta economicamente máis vantaxosa. Cando a Mesa de Contratación presuma fundamentalmente que a proposición non se podida cumprir como consecuencia de baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no anexo III, daráselle audiencia ao contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta, precise as súas condicións en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, sempre que se entenda que poda ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 11.- REQUIRIMENTO PREVIO Á ADXUDICACIÓN DO ACORDO MARCO O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requirirá á empresa coa oferta máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 11.1.- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado: Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 11.2.- Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1.-Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ó amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigacións coa Seguridade Social. 2.- Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, ó amparo dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagos das súas obrigacións tributarias. 3.- Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4.-Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir á execución do contrato. 5.-Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 6.- Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 12.- ADXUDICACIÓN A mesa de contratación, tras a avaliación das ofertas, elevará ao órgano de contratación a proposta de adxudicación, en aplicación dos criterios de avaliación establecidos no presente prego. De conformidade co artigo 151 do TRLCSP, o órgano de contratación adxudicará a condición de provedor, de forma motivada, ó licitador que presentara a oferta que resulte máis vantaxosa, ou declarará deserto o procedemento no suposto de que ningunha oferta ou proposición sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 13.- NOTIFICACIÓNS ELECTRÓNICAS Con base no disposto no art. 28 da Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico da cidadanía ós Servizos Públicos e no art. 25 do Capítulo VII do Regulamento da Administración Electrónica da Deputación de Pontevedra, se practicará as notificacións relativas ós procedementos de contratación de xeito electrónico a través da Plataforma de Contratación del Sector Público (https://contrataciondelestado.es). A tal efecto, os licitadores deberán presentar como documentación obrigatoria requirida no SOBRE A, unha Declaración Responsable (Anexo II do presente prego de cláusulas económico administrativas), na que deberán establecer a dirección de correo electrónico onde queira que se lle comuniquen as notificacións. Para acceder á comunicación, deberá estar rexistrado na Plataforma de Contratación do Sector Público con esa mesma dirección de correo electrónico e dispor dun certificado dixital de persoa física aceptado pola plataforma de validación (como o DNI electrónico ou o emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre). Cando se envíe unha comunicación, vostede será informado desta circunstancia por medio dunha mensaxe de correo electrónico enviado á dirección que nos proporcionou a este efecto ao órgano de contratación. Ademais, cando acceda á Plataforma co seu usuario rexistrado mostraráselle un aviso na páxina de Inicio de que ten unha comunicación pendente de lectura. As notificacións entenderanse realizadas desde o momento no que a Deputación poña a disposición a comunicación do acto, requirimento, comunicación o adxudicación na Plataforma de Contratos no Sector Publico e transcorresen dez días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico e do Procedemento Administrativo Común e normas concordantes, salvo que de oficio ou a instancia da persoa destinataria poida comprobarse a imposibilidade técnica ou material do acceso. A Deputación de Pontevedra tamén publicará os actos que procedan no seu perfil do contratante. 14.- SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a súa realización parcial, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberase indicar na oferta a parte do contrato que se preveu subcontratar, sinalando o seu importe e porcentaxe con respecto á totalidade do servizo e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións e a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á Administración contratante polos deberes contraídos con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre esta materia establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, conforme ó indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar aos subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da desconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas prazos de pago superiores respetando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva, e que, o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaria no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garante mediante aval. As Administracións Públicas e demais entes públicos contratantes, poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, cualificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer os pagos correspondentes a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. Os contratistas adxudicatarios remitirán ó ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación do subministro de cada un deles que garde unha relación directa co prazo do pago, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Así mesmo, deberán aportar, a solicitude do ente contratante, xustificante de cumprimento dos pagos os subcontratistas ou subministradores, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na lei 3/2004 de 29 de decembro, e no que sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación, e no os correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que a tal efecto conteñan os pregos 15.- REGRAS ESPECÍFICAS CON RESPETO AO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1. Correspóndelle exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento deses requisitos. 2. A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e o pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. 3. A empresa contratista velará especialmente por que os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan o seu traballo sen se extralimitar nas funcións desempeñadas con respecto á actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4. A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato no lugar acordade, salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos ou entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados dos que ocupan os empregados públicos. Correspóndelle tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obriga. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos se presten nas dependencias dos departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5. A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou un responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigas as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á entidade contratante, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dun lado, e a entidade contratante, do outro, en todo o relativo ás cuestións derivadas da súa execución. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato e impartirlles ós citados traballadores as ordes e instrucións que sexan necesarias en relación á prestación do servizo. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñan encomendadas, así como controlar a súa asistencia ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato. A ese efecto deberá coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa entidade contratante para non alterar o bo funcionamento do obxecto do contrato. e) Informar á entidade contratante acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 16.- FORMALIZACIÓN DO ACORDO MARCO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da notificación da adxudicación, constituíndo o dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. O contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo o seu cargo os correspondentes gastos. Cando, por causas imputables ó contratista, non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 17.- GASTOS DO ACORDO MARCO O importe dos gastos de publicidade do Acordo Marco, tanto nos boletíns oficiais como, no seu caso, noutros medios de difusión, estímase nun máximo de 2.000,00 €. A empresa adxudicataria do Acordo Marco deberá formalizar o pago dos gastos de publicación do seu anuncio en prensa ou en diarios oficiais, no prazo de 15 días hábiles, a contar desde a data de notificación da adxudicación do Acordo Marco, ou, en calquera caso, antes da súa formalización. 18.- RESPONSABLE DO ACORDO MARCO A Deputación poderá designar a un responsable do Acordo Marco e dos seus contratos derivados, vinculado a esta Institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable, non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas á orde directa do responsable designado, con expresa reserva escrita por parte do contratista, tanto ó propio responsable coma ó órgano de contratación. 19.- PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, en cumprimento do disposto no artigo 334 TRLCSP, e na disposición adicional terceira da Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía da unidade do mercado, a partir do 15 de decembro de 2014 a Deputación de Pontevedra publica todas as noticias, avisos e documentación relativa ós seus procedementos de contratación no Perfil de Contratante integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado (www.contrataciondelestado.es). Calquera dúbida acerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es 20.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios do Acordo Marco poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 21.- RESOLUCIÓN DO ACORDO MARCO O Acordo Marco poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 223 e 299 do TRLCSP. A resolución do contrato tramitarase de conformidade co procedemento detallado nos artigos 109 se seguintes do RXLCAP e producirá os efectos sinalados nos artigos 225 e 300 TRLCSP. Asemade, o Acordo Marco poderá resolverse polo órgano de contratación cando se produza o incumprimento reiterado no prazo de entrega fixado para a execución da subministración, sempre que o órgano de contratación non opte pola imposición das penalidades sinaladas no artigo 212.4 TRLCSP. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo de adxudicación do Acordo Marco, o órgano de contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución coa imposición de novas penalidades. No suposto de Unións Temporais de Empresas, cando algunha das súas integrantes se atope comprendida nos supostos do artigo 223.a) e b) TRLCSP, a Administración estará facultada para esixir o cumprimento das obrigacións contractuais ó resto das empresas que constitúan a Unión Temporal ou acordar a resolución do contrato. No suposto de resolución do contrato marco, a Deputación reserva o dereito a iniciar o procedemento correspondente, polo que se declare a existencia da circunstancia de prohibición de contratar, de conformidade co disposto nos artigos 60 e 61 do TRLCSP. III. DEREITOS E OBRIGAS DAS PARTES DERIVADOS DO ACORDO MARCO 22.- OBRIGAS DERIVADAS DO CUMPRIMENTO DO ACORDO MARCO A conclusión do Acordo Marco non comporta para a Deputación de Pontevedra ningún tipo de obriga previa de adquirir un número determinado de unidades. O incumprimento defectuoso da prestación, tanto das obrigas derivadas do Acordo Marco, como dos seus contratos derivados, poderá dar lugar a imposición de penalidades, de conformidade co disposto no artigo 212 do TRLCSP. O adxudicatario está obrigado ó cumprimento das disposicións vixentes en materia fiscal, laboral, de seguridade social, de integración social de persoas con discapacidade, de prevención de riscos laborais, de protección do medio ambiente, e o cumprimento das disposicións vixentes para a igualdade efectiva entre traballadores e traballadoras. As empresas adxudicatarias deberán cumprir en todo momento coa normativa vixente, estar dadas de alta nos rexistros correspondentes e posuír ás autorizacións necesarias para o desenvolvemento dos traballos encomendados. Ante o incumprimento dos anteriores deberes, serán responsables as correspondentes empresas adxudicatarias. 23.- MODIFICACIÓN E ACTUALIZACIÓN DO ACORDO MARCO O obxecto do Acordo Marco está determinado pola subministración dos produtos que constitúen o obxecto de licitación e establece todos os termos da contratación. O órgano de contratación, ós efectos establecidos nos artigos 219.1 e 296 TRLCSP, ostenta a prerrogativa de modificar o contrato obxecto do presente prego segundo o disposto no artigo 210 TRLCSP. As modificacións do contrato poderán producirse, en cumprimento dos artigos 210 e 219.1 TRLCSP, por razóns de interese público nos casos e na forma establecidos no Título V del Libro I, e de acordo co procedemento de exercicio da potestade de modificación do contrato regulado no artigo 211 TRLCSP. O contrato poderá modificarse cando así estivese previsto nos documentos e nos termos expresados no artigo 106 ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 TRLCSP, de conformidade co disposto no artigo 105 TRLCSP relativo ós supostos de modificacións de contratos: a) Modificacións previstas na documentación que rexe a licitación: A previsión da posibilidade da eventual modificación do contrato indicarase, de ser o caso, no prego, detallándose os supostos e condicións nos que se poderá facer uso desta potestade, o seu alcance e límites, indicando a porcentaxe do prezo do contrato ó que como máximo pode afectar a modificación, e o procedemento. En todo caso, o adxudicatario estará obrigado a comunicar ó responsable do Acordo Marco calquera oferta singularizada ou campaña que proxecte realizar, sexa para o sector público ou para o sector privado, que resultará directamente aplicable ós pedidos do órgano de contratación. b) Modificacións non previstas na documentación que rexe a licitación: O contrato poderá modificarse sempre que se xustifique suficientemente a concorrencia dalgunha das circunstancias dispostas no artigo 107 TRLCSP, seguindo o procedemento establecido ó efecto na normativa. Cando, como consecuencia dunha modificación do contrato, experimente variación o seu prezo, deberase reaxustar a garantía definitiva, para que garde a debida proporción co novo prezo modificado. As modificacións do contrato deberán formalizarse conforme ó disposto no artigo 156 TRLCSP. No caso de que, unha vez adxudicado o contrato, a empresa adxudicataria non puidese subministrar os bens obxecto do mesmo, por causas alleas a esta debidamente xustificadas e libremente apreciadas pola Deputación de Pontevedra, deberá comunicar esta circunstancia e ofrecer alternativas de iguales ou superiores características e prestacións. Calquera modificación da configuración orixinal dos bens a subministrar deberá ser previamente avaliada e aceptada polo Servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra. 24.- SOLICITUDE DOS BENS OBXECTO DA SUBMINISTRACIÓN A conclusión do Acordo Marco non comporta para a Deputación de Pontevedra ningún tipo de obriga previa de adquirir un número determinado de unidades, xa que as devanditas entregas están subordinadas ás necesidades desta Administración. Durante o período de vixencia do Acordo Marco, e a medida que aparezan as necesidades de adquisicións dos distintos produtos descritos no apartado 1 do Anexo/s I deste prego, a Deputación realizará os correspondentes pedidos. 25.- PRAZO DE ENTREGA E LUGAR DE RECEPCIÓN O prazo das entregas sucesivas e o lugar de recepción dos bens obxecto do Acordo Marco é o que se fixa no apartado 1 do Anexo/s I deste prego. Salvo pacto contrario, os gastos da entrega e transporte dos bens obxecto da subministración ó lugar convido serán por conta do contratista. Se os bens non se atopan en estado de ser recibidos, farase constar así na acta de recepción e se darán as instrucións precisas o contratista para que emende os defectos observados ou proceda a unha nova subministración de conformidade co pactado. IV. RÉXIME DE RECURSOS 26.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición.” Ditos anexos son como seguen: ANEXO I “CARACTERÍSTICAS DO ACORDO MARCO 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO ACORDO MARCO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO Subministración de vehículos en réxime de aluguer no marco do programa de posta en valor dos xacementos Galaico - Romanos da Provincia de Pontevedra. 1.2.- PROCEDEMENTO División en lotes: non Tramitación anticipada Cualificación do contrato: subministración CPV: 34000000 (Equipos de transporte e produtos auxiliares) Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011), a contar desde a data de publicación do anuncio do contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO As obrigas económicas para a Deputación de Pontevedra serán as que resulten dos contratos derivados do Acordo Marco, que se axustarán aos prezos máximos previstos neste prego, axustados, no seu caso, á oferta do adxudicatario do acordo marco. A adxudicación farase en base aos prezos unitarios. Non obstante, a efectos informativos, establécese un orzamento máximo estimado para 10 meses de acordo ao seguinte detalle: Importe total estimado sen IVE: 42.389,10€ IVE (21%): 8.901,70€ Prezo do contrato (IVE incluído): 51.290,81€ Sendo o valor estimado, a efectos informativos, para a totalidade do contrato (10 meses no ano 2016 e 2 meses e medio no ano 2017), o seguinte: Importe total estimado sen IVE: 52.986,38€ IVE (21 %): 11.127,12€ Prezo do contrato (IVE incluído): 64.113,50€ Na seguinte táboa especifícase a previsión do custe mensual (a nivel estimativo) prevista para cada unha das anualidades do contrato. Tipo de vehículo Uds. Prezo máximo unitario mensual sen IVE Prezo máximo da flota mensual sen IVE Orzamento para 10 meses (ano 2016) Orzamento para 2 meses e medio (ano 2017) Furgoneta 5 prazas 3 528,46 € 1.585,38€ 15.853,80€ 3.963,45€ Furgoneta 5 prazas con gancho e remolque 1 831,79 € 831,79€ 8.317,90€ 2.079,48€ Furgoneta 9 prazas 2 910,87 € 1.821,74€ 18.217,40€ 4.554,35€ Prezo máximo mensual da flota en IVE 4.238,91€ 42.389,10€ 10.597,28€ IVE (21%) 890,17€ 8.901,70€ 2.225,42€ Prezo máximo unitario mensual da flota 5.129,08€ 51.290,81€ 12.822,70€ FINANCIAMENTO: Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe total con IVE 2016 433.3361.204.00 51.290,81€ As obrigas económicas para a Deputación de Pontevedra serán as que resulten dos contratos derivados do Acordo Marco, que se axustarán aos prezos máximos previstos neste prego axustados, no seu caso, á oferta do adxudicatario do acordo marco. A adxudicación farase en base aos prezos unitarios. Revisión de prezos: Non procede en aplicación ao disposto na Lei 2/2015 de desindexación da economía española que admite revisión periódica e predeterminada nos contratos de obras, contratos de subministracións de fabricación de armamento e equipamento das administracións públicas, nos contratos nos que o período de recuperación da inversión sexa igual ou superior a 5 anos ou custes relativos a man de obra. Asemade, en base a disposición adicional 88ª da Lei 22/2013 de Orzamentos xerais do Estado para o 2014 que modifica o TRLCSP e establece, no ámbito de aplicación, que non cabe a revisión de prezos con base a índices xerais. O obxecto do presente contrato non se atopa en ningunha das circunstancias previstas no parágrafo anterior, e por tanto non se aplicará revisión de prezos durante a vixencia do mesmo. 1.4. PRAZO DE DURACIÓN DO ACORDO MARCO A duración do Acordo Marco será ata o 31 de decembro de 2016, a partir da data establecida no documento de formalización, de conformidade co estipulado no artigo 196.3 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público. O cumprimento da vixencia dará lugar a extinción do acordo marco, sen prexuízo de que, a duración dos contratos que se deriven do mesmo ou se celebren baixo a súa vixencia poidan superar dito prazo. Admite prórroga: Contémplase a posibilidade de prórroga, sempre e cando exista orzamento dispoñible no Proxecto, ata a data de finalización do Protocolo Xeral entre o Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra que é o 14 de marzo de 2017. 1.5. PRAZO, CARACTERÍSTICAS DA ENTREGA E LUGAR DE RECEPCIÓN Os vehículos serán entregados polo adxudicatario no lugar indicado polo persoal autorizado da Deputación de Pontevedra. Solicitaranse, de xeito inmediato, segundo as necesidades, unha vez formalizado o contrato marco. A subministración de cada vehículo dará lugar a un contrato derivado do acordo marco de referencia para o que rexerán as condicións de adxudicación do mesmo. Coa entrega de cada un dos vehículos asinarase entre a Deputación de Pontevedra e a empresa adxudicataria unha ACTA DE ENTREGA DE VEHICULOS (Anexo VI do Prego de Cláusulas Administrativas) na que quedarán reflectidos os seguintes conceptos: Asistentes, modelo e matrícula do/s vehículo/s, cumprimento das condicións de adxudicación do acordo marco, lugar e data de entrega do/s vehículo/s. Os vehículos entregaranse co equipamento esixido no prego de prescricións técnicas particulares e segundo o ofertado polo adxudicatario como melloras. Así, no momento da entrega, con cada vehículo facilitarase unha relación da documentación e dos accesorios que leva cada un mesmo, relación que servirá de base para saber que contén cada vehículo e que será devolta pola Deputación de Pontevedra cando remate o contrato. Unha vez finalizado o contrato, a empresa adxudicataria farase cargo de todos os vehículos alugados, recolléndoos á súa costa nos lugares que determine á Deputación de Pontevedra. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 297 do RDL 3/2011 de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP. 1.6. RÉXIME DE PAGAMENTOS Forma de pagamento: Os pagamentos á empresa adxudicataria realizaranse contra a presentación das correspondentes facturas en función das necesidades, polo que o pagamento realizarase fraccionado en función da subministración. Mediante a aceptación do presente prego o adxudicatario obrigase expresamente a non emitir, presentar e/ou rexistrar facturas ante a Deputación de Pontevedra sen o consentimento expreso da xefa de servizo de Turismo e do técnico responsable da Deputación. Lugar de presentación e forma da factura: As facturas de importe superior a 5.000,00€ deberán presentarse polo adxudicatario en formato electrónico a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (sede.depo.es), no tempo e forma, a efectos de que o órgano administrativo ó que corresponde proceda a súa tramitación (máis información en https://sede.depo.es). Os códigos DIR 3 que identifican o presente procedemento e que se teñen que especificar nas correspondentes facturas electrónicas son os seguintes: Órgano Xestor: LA0006122; Unidade Tramitadora: LA0006135; Oficina Contable: LA0006139. Se xunto coa factura o adxudicatario ten que presentar outros documentos xustificativos do traballo realizado, o fará achegando os documentos xustificativos a través do sistema de facturación da Deputación de Pontevedra. 1.7. GARANTÍAS Provisional: non se esixe. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato (IVE excluído). Prazo da garantía: 10 meses. 1.8. PENALIDADES En caso de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertadas polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas. As unidades, as características técnicas e o equipamento dos vehículos, así como as condicións do alugamento dos mesmos recollidas nos pregos (apartado 3 do Prego de Prescricións Técnicas) serán consideradas obrigas esenciais do contrato, aplicándose as penalidades previstas ou, no seu caso, a resolución do contrato en caso do incumprimento das mesmas. Tamén o serán as obrigas dos pagos a subministradores e provedores, o prazo e o lugar de entrega. As penalidades faranse efectivas mediante a súa dedución das facturas, respondendo a garantía definitiva, en todo caso, da súa efectividade. Os incumprimentos do adxudicatario das súas obrigas durante a execución do contrato, cando non proceda a súa resolución, implicará o apercibimento por escrito efectuado pola Administración e a aplicación das penalidades previstas no artigo 212 do TRLCSP. Debe considerarse: - O primeiro apercibimento non suporá penalizacións económicas para o contratista quen deberá resolver a incidencia que lle sexa comunicada no prazo máximo de 5 días. - O segundo apercibimento suporá unha penalización do 5% do prezo do contrato, que se deducirá de oficio pola Administración ao facer efectivo o aboamento correspondente e debendo o adxudicatario resolver a incidencia que lle sexa comunicada no prazo máximo de 3 días. - A partir dun terceiro ou máis apercibimentos, polo mesmo incumprimento ou outros distintos, aplicarase unha penalización do 10%, nos termos sinalados anteriormente ou optarse pola resolución do contrato. PROCEDEMENTO DE IMPOSICIÓN DE PENALIZACIÓNS As penalidades ou multas coercitivas impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptada a proposta do responsable do contrato que se poderán executar sobre as facturas ou no seu defecto sobre a garantía depositada. No suposto de incumprimentos previsto no TRLCSP, que poidan dar orixe á resolución do contrato, a tramitación do correspondente expediente axustarase ao disposto no artigo 225 do TRLCSP. 1.9. COMPROMISOS ADQUIRIDOS POLO CONTRATISTA E POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 1.- O adxudicatario terá as seguintes obrigas e responsabilidades: • Custos de entrega e transporte dos bens obxecto de subministro ao lugar convido. • O uso dos vehículos debendo estar en todo momento en perfecto estado, tanto funcional ou técnico como administrativo, de modo que permita a súa normal e legal circulación, polo persoal adscrito ou autorizado para elo. • O mantemento integral dos vehículos obxecto de aluguer, que inclúe como mínimo: - Todas as revisións periódicas que estableza a marca no libro de mantemento do vehículo, tanto repostos e líquidos como man de obra, con independencia de que se encontre ou non en garantía. - Reparacións de todas as avarías que se produzan polo desgaste debido ao uso normal dos vehículos. • O seguro a todo risco dos vehículos con, al menos, as seguintes coberturas: - Responsabilidade civil obrigatoria. - Responsabilidade civil voluntaria ilimitada. - Danos propios sufridos polo vehículo e todos os seus accesorios incluídos no contrato. - Danos por colisión. - Ocupantes, defensa penal, fianzas e reclamación de danos. - Roubo do vehículo e accesorios. - Rotura de lúas. - Incendio. - Sen franquía. • Asistencia en estrada 24 horas con cobertura mínima á comunidade autónoma de Galicia. • Vehículo de substitución das mesmas características. • En canto ás sancións que se lle poda impoñer ao vehículo estarase ao seguinte: - As derivadas de un estado deficiente do vehículo, da súa documentación administrativa o da falta de revisións que impón a lexislación vixente, serán por conta do adxudicatario. - As derivadas da condución do vehículo serán por conta do condutor. • En caso de que as marcas e modelos dos vehículos específicos ofertados para a execución do contrato non estean dispoñibles nalgún momento da execución do mesmo, a empresa adxudicataria deberá dispoñer dun equivalente. Neste caso a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito a rexeitar este modelo e entender como incumpridas as condicións esenciais do contrato. 2.- A Deputación de Pontevedra terá as seguintes obrigas e responsabilidades: Reservase o dereito a inspeccionar os vehículos obxecto de aluguer en calquera momento para velar polo cumprimento das obrigas e compromisos adquiridos polo adxudicatario. O subministro de combustible para o seu funcionamento. • Solicitar, cando corresponda co libro de mantemento do vehículo e con antelación suficiente, as revisións do mesmo. • Facilitar, no seu caso, o desprazamento do vehículo ao taller designado polo adxudicatario para as revisións ou reparacións, sempre que o vehículo o permita. • Facilitar a vixencia das revisións e reparacións por conta do adxudicatario aos fins que estime oportunos. • Presentarse cando sexan requiridos en calquera procedemento, consecuencia de accidente, ben en calidade de denunciante, demandante, denunciado, demandado, ou testemuña segundo proceda. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 11.1 do prego económico administrativo) Clasificación: non se esixe. A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media do valor anual medio do contrato. Documentación a presentar: a) No caso de Entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas Anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de Titulares de actividades económicas no ámbito do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos. (Debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan dita obriga). - Modelo 390 (Declaración resumen anual IVE) dos tres últimos anos e/o modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/o modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflexa a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispoñer do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflexa a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación das principais subministracións realizadas no curso dos cinco últimos anos relacionados co obxecto do contrato, estes certificados indicarán o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos, e precisarase si se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V). As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante unha declaración do empresario. O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido) debe ser igual ou superior ao 70% do valor estimado do contrato, o da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato. Nota: Considérase como valor estimado do contrato o importe total, sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido. b) Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir á execución do contrato. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO ACORDO MARCO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios, directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B): Os criterios non avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade co seguinte: - Características técnicas e equipamentos dos vehículos ofertados, ata un máximo 20 puntos. - Condicións do arrendamento, ata un máximo de 17 puntos. - Outras melloras propostas, ata un máximo de 12 puntos. 3.1.1. Características técnicas e equipamentos dos vehículos ofertados, ata un máximo 20 puntos: Valoraranse as melloras respecto as características e equipamento dos vehículos respecto ás condicións mínimas indicadas no prego respecto ao motor, transmisión, dirección, freos, seguridade, interior e confort e accesorios. 3.1.2. Condicións do arrendamento, ata un máximo de 17 puntos: Valorarase as melloras respecto ás condicións mínimas de arrendamento indicadas no prego respecto a impostos, seguros, reparacións, revisión e substitución temporal dos vehículos, lavado e outros aspectos se axusten. 3.1.3. Outras melloras propostas, ata un máximo de 12 puntos: Valorarase as melloras aportadas por los licitadores relativo ás características e equipamentos dos vehículos que NON estean incluídas no apartado 3.1.1. e que NON sexan valoradas baixo criterios automáticos, tales como: • Motor con tecnoloxía que permita a redución de emisións de CO2 e outros gases de combustión e de partículas. • Consumo de combustible baixo criterios de eficiencia enerxética baseado na variación respecto a media de consumo de combustible dos vehículos do seu mesmo tamaño expresado en litros por cada 100 quilómetros. • Outras melloras que o licitador considere. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia relacionada cos criterios de avaliación mediante fórmulas presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto traerá consigo a exclusión da oferta no proceso de licitación. Os licitadores que no alcancen o valor mínimo de 30 puntos, de valoración total na proposta técnica, serán descartados para a súa continuidade no procedemento aberto. 3.2. Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (sobre C): Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C das empresas que obteñan unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 3.2.1. Prezo ofertado, ata un máximo de 15 puntos: Puntuarase en función da fórmula establecida no anexo tipo de valoración económica da Deputación de Pontevedra. Melloras propostas pola Deputación de Pontevedra (máximo 36 puntos): A) Mellora no tempo de substitución de vehículos (máximo 20 puntos): Valorarase a oferta de mellora no tempo de substitución de vehículos para garantir o estado do servizo para o que se destinan os vehículos ata un máximo de 15 puntos. O tempo máximo é de 24 horas e establécese como mínimo 1 hora. B) Ampliación do número de días de limpeza ao ano dos vehículos (máximo 16 puntos): Valorase a oferta de ampliación do número de días de limpeza de vehículos ao ano ata un máximo de 9 puntos. Establécese como mínimo 1 vez cada 4 meses, é dicir, 3 veces ao ano. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2. Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no anexo III deste prego. 3. Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, aos que se refire no artigo 64.2 do TRLCSP e que en concreto deberá facer referencia a o equipo de traballo esixido para o desenvolvemento do contrato e que cumprir, como mínimo, a seguinte estrutura e características: • Un coordinador de proxecto: é o responsable máximo por parte da empresa. Terá experiencia contrastada superior a 5 años en temas de dirección, coordinación ou xestión de vehículos en aluguer ou relacionado co sector do automóbil. • Unha persoa auxiliar de apoio ao coordinador con experiencia profesional superior a 3 anos en tarefas relacionadas con vehículos en aluguer. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4. As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle ó licitador. En todo caso, as empresas estranxeiras presentarán os documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou galego. 5. Os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán presentar unha declaración responsable (Anexo III) por cada unha das empresas, así como indicar por escrito os nomes e as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un deles, así como o compromiso de constituír formalmente a unión temporal no caso de resultar adxudicatarios. 6. Declaración Xurada do licitador conforme se compromete a que a oferta que presenta en formato papel se corresponde exactamente coa que presenta en formato dixital. SOBRE B: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS O licitador deberá presentar a oferta técnica por escrito e en formato dixital. A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado. O formato dixital deberá entregarse en soporte CD ou DVD, coa seguinte etiqueta: EMPRESA Nome do ficheiro Oferta_Tecnica.doc Oferta_Tecnica.pdf A versión en dixital entregarase nun único ficheiro cun arquivo en versión .pdf e outro en formato .doc. O tipo de letra utilizado será Arial 12, excepto para os títulos, que será Arial 14 e Arial 16. Utilizarase interliñado a 1,5 e o espazo entre parágrafos será a 6 puntos. Durante o proceso de valoración de ofertas non se terá en conta aquelas que non presenten toda a documentación no formato dixital indicado anteriormente. A proposta axustarase, como mínimo e no mesmo orde, ós diferentes apartados detallados a continuación: MOI IMPORTANTE: En ningún caso se poderá incluír neste documento, nin no sobre B ningún valor que sexa obxecto de valoración no sobre C. 1. Unha relación numerada de todos os documentos incluídos neste sobre. 2. Características técnicas e equipamentos dos vehículos ofertados: Incluirase neste apartado a descrición de cada un dos vehículos axuntando fotografías e indicando para cada un deles a marca, modelo e as características axustadas ás sinaladas neste prego así como aquelas que, segundo o licitador, sexan melloras. NOTA IMPORTANTE: En ningún caso deberase indicar neste apartado os prezos dos vehículos dado que os mesmos deberán presentarse no sobre C. Os licitadores que fagan referencia ós aspectos mencionados serán automaticamente excluídos do procedemento. 3. Condicións do arrendamento: Incluirase neste apartado a descrición das condicións de arrendamento como impostos, seguros, reparacións, revisión e substitución temporal dos vehículos, lavado e outros aspectos así como aquelas que, segundo o licitador, sexan melloras. NOTA IMPORTANTE: En ningún caso deberase indicar neste apartado a mellora no tempo de substitución e os días de limpeza dos vehículos dado que os mesmos deberán presentarse no sobre C. Os licitadores que fagan referencia ós aspectos mencionados serán automaticamente excluídos do procedemento. 4. O licitador deberá indicar a parte correspondente ao contrato que eventualmente ten o propósito de subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou perfil empresarial, de acordo co establecido na cláusula 13 do presente prego. Ademais dos documentos aquí requiridos, xunto coa oferta os licitadores poderán presentar todos aqueles que consideren oportunos para a perfecta definición do contrato, entendendo, no caso de no indicarse un aspecto determinado, que cumpren cos requisitos mínimos establecidos no prego.” ANEXO II “MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) D./Dna. …, maior de idade, veciño de …, con domicilio en …, titular do DNI número …, expedido en data …, actuando en nome propio ou en representación da empresa … (CIF número … ) e con domicilio en …, teléfono …..., segundo declaro responsablemente, en coñecemento do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente a subministración (especificar denominación da subministración):…… Primeiro. Declaro que na execución do contrato se cumprirán os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprométome a dar cumprimento á subministración obxecto do presente contrato con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos na súa totalidade, coas seguintes condicións: - Prezo de licitación ofertado: Importe sen IVE: ……………………………….€ IVE (21%): ……………………………….€ Importe IVE incluído: ……………………………….€ Ud. Tipo de furgonetas Orzamento mensual vehículo Orzamento mensual flota Orzamento anual 3 5 prazas 1 5 prazas e remolque 2 9 prazas TOTAL IVE (21%) Total …………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO III DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato PDF para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO IV “FÓRMULAS PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) Entenderanse por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e de valoración técnica do sobre B. A) Menor prezo de licitación, ata un máximo de 15 puntos, utilizarase a seguinte fórmula: • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1, O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=1,…., n), • b1, b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima, • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e Wmax, i=1, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=1, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e por tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas: 2. Valoración previa entre 0 e Wmax: Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores: • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax: 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20 % (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación tense b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas unha puntuación nula (Vi=0). Na práctica esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propomos dar unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que: 4. Fórmula completa para a valoración de ofertas 1. Definición de Wmax : 2. Definición de S: • Se : , • Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para i=1,…..,n: • Se entón , • Se entón 4. Valoración das ofertas cando • Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria Obsérvese que a condición equivale a porque: • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. B) As melloras propostas pola Deputación de Pontevedra valoraranse cun máximo de 36 puntos que se distribuirán do seguinte xeito: - Mellora no tempo de substitución de vehículos (máximo 20 puntos): Valorarase a oferta de mellora no tempo de substitución de vehículos para garantir o estado do servizo para o que se destinan os vehículos ata un máximo de 15 puntos. O tempo máximo é de 24 horas e establécese como mínimo 1 hora de acordo coa seguinte fórmula: a= número de horas da peor oferta (máximo 24 horas) b= número de horas do licitador obxecto de cálculo c= número de horas da mellor oferta (mínimo 1 hora) d= puntuación máxima outorgada - Ampliación do número de días de limpeza ao ano dos vehículos (máximo 16 puntos): Valorase a oferta de ampliación do número de días de limpeza de vehículos ao ano ata un máximo de 9 puntos. Establécese como mínimo 1 vez cada 4 meses, é dicir, 3 veces ao ano de acordo coa seguinte fórmula. a= número de días ao ano da peor oferta (mínimo 3 veces ao ano) b= número de días ao ano do licitador obxecto de cálculo c= número de días ao ano da mellor oferta d= puntuación máxima outorgada” ANEXO V “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DAS SUBMINISTRACIÓNS REALIZADAS ACREDITACIÓN DE LA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO DAS SUBMINISTRACIÓNS REALIZADAS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS CINCO AÑOS TÍTULO DO CONTRATO Nº EXPEDIENTE Dª /D… con DNI núm…., en nome propio ou en representación da empresa …, con NIF/CIF núm.… declara que a relación das subministracións relacionadas co obxecto do presente contrato realizados nos últimos cinco anos son os que se recollen na seguinte táboa: Título Do Contrato Obxecto Data Importe do ano 2010 Importe do ano 2011 Importe do Ano 2012 Importe do ano 2013 Importe do ano 2014 Importe Total dos últimos 5 anos Destinatario Inicio Fin TOTAIS ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO VI “ACTA ENTREGA DE VEHÍCULOS DENTRO DO CONTRATO MARCO PARA A SUBMINISTRACIÓN DE VEHICULOS EN RÉXIME DE ALUGUER NO MARCO DO PROGRAMA DE POSTA EN VALOR DOS XACEMENTOS GALAICO - ROMANOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ASISTENTES D…., Técnico da Deputación de Pontevedra D…., Representante da empresa….….… En Pontevedra, o día …. de … de 201…., reúnense as persoas anteriormente mencionadas, ao obxecto de proceder á entrega do vehículo: Marca:……………… Matrícula:…………… Todo isto, segundo o Contrato marco para a subministración de vehículos en réxime de aluguer no marco do programa de posta en valor dos Xacementos Galaico-Romanos da provincia de Pontevedra”. Detalle de vehículos e data de alugamento: Nº de vehículos Tipo de vehículo Modelo Cumprimento das condicións de adxudicación do Acordo Marco Data de alugamento SI/NO SI/NO SI/NO OBSERVACIÓNS:…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………… Polas persoas asinantes faise constar que os vehículos subministrados cumpren as condicións do contrato, despois de ser comprobado por parte do Servizo de Turismo Rías Baixas da Deputación de Pontevedra, así como coas características e equipamentos establecidas como condicións do acordo marco formalizado. Técnico da Deputación de Pontevedra Representante da empresa” 6.24044.- RECTIFICACIÓN DOS PREGOS APROBADOS MEDIANTE O ACORDO NÚMERO 4.24002 ADOPTADO POLA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 28/12/2015, RELATIVOS Á CONTRATACIÓN DO ACORDO MARCO PARA A SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO NOS CENTROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (Expte. núm.2015037977) A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do día 28 de decembro de 2015, adoptou, entre outros, aprobar o expediente e os pregos que rexen a contratación para a subministración de gasóleo de automoción clase “A” e gasóleo de calefacción clase “C”, para distintos centros da Deputación de Pontevedra. En cumprimento da normativa legal vixente, a publicación da licitación iniciouse co envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial das Comunidades Europeas con data 30 de decembro de 2015 e co envío dos anuncios ó Boletín Oficial do Estado e ó Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, que se atopan pendentes da súa publicación. O Enxeñeiro Xefe do Servizo de Cooperación, mediante escrito emitido con data 14 de xaneiro de 2015, expón que é preciso eliminar o gasóleo tipo “C” destinado á Finca Mouriscade con motivo de engadir o consumo de gasóleo clase “B”, para ese centro, ó total da subministración. Asemade se decata dun erro referente ó tipo do gasóleo para as instalacións dos grupos electróxenos. Coa aclaración realizada nos grupos electróxenos redefínense os litros consumidos estimados ó ano, non afectando este cambio ó orzamento máximo estimado para este contrato. Os cambios solicitados levan consigo á rectificación do prego de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, permite ás administración públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos, obras e subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a rectificación no Prego de Prescricións Técnicas e por conseguinte a rectificación das seguintes cláusulas do Prego de Cláusulas Administrativas: O Anexo I- Características do Acordo Marco, cláusula 1. Definición e características do Acordo Marco: 1) 1.1.- Definición e obxecto do contrato: Onde di: “A finalidade da presente licitación é a celebración dun contrato de subministración, instrumentalizado como Acordo Marco, polo que se establecen as condicións que se aplicarán, durante o prazo de vixencia previsto na cláusula 1.4 do presente Anexo, da entrega de gasóleo clase “A”, para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ao Parque de Maquinaria, e gasóleo clase “C”, para a calefacción e grupos electróxenos de diversos centros e servizos da Deputación de Pontevedra de acordo ao establecido no prego técnico e ao seguinte detalle: Centros Instalación Tipo de Gasóleo Litros Estimados/Ano Parque de Maquinaria Vehículos Gasóleo “A” 240.000 Imprenta Provincial Calefacción Gasóleo “C” 6.000 Finca Mouriscade Calefacción Gasóleo “C” 9.000 Grupo electróxeno Gasóleo “C” 1.000 Pazo Provincial Calefacción Gasóleo “C” 25.000 Edificio Administrativo Calefacción Gasóleo “C” 10.000 Grupo electróxeno Gasóleo “C” 1.000 Sede de Vigo Calefacción Gasóleo “C” 1.000 Escola de Canteiros Calefacción Gasóleo “C” 5.000 Estación Fitopatolóxica de Areeiro Calefacción Gasóleo “C” 8.000 Sexto Edificio do Museo Grupo electróxeno Gasóleo “C” 1.000 Viveiro de empresas Barro-Meis Grupo electróxeno Gasóleo “C” 1.000 Resumen por tipo de gasóleo Gasóleo clase A 242.164 litros Gasóleo clase C 55.000 litros Todas as subministracións deberán cumprir, como mínimo, as esixencias do Real Decreto 1088/2010, de 3 de setembro, Anexo III, onde se fixan as especificacións dos gasóleos. A adxudicación do Acordo Marco determinará o provedor a que se adquirirá a citada subministración. Non se establecerá compromiso algún de subministración por cantidade determinada, por estar subordinada as necesidades de cada un dos centros durante a vixencia do acordo” Debe dicir: “A finalidade da presente licitación é a celebración dun contrato de subministración, instrumentalizado como Acordo Marco, polo que se establecen as condicións que se aplicarán, durante o prazo de vixencia previsto na cláusula 1.4 do presente Anexo, da entrega de gasóleo clase “A”, para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ao Parque de Maquinaria e grupos electróxenos, gasóleo clase “B” para maquinaria agrícola da Finca Mouriscade e gasóleo clase “C”, para a calefacción de diversos centros e servizos da Deputación de Pontevedra de acordo ao establecido no prego técnico e ao seguinte detalle: Centros Instalación Tipo de Gasóleo Litros Estimados/Ano Parque de Maquinaria Vehículos Gasóleo “A” 240.000 Imprenta Provincial Calefacción Gasóleo “C” 6.000 Finca Mouriscade Maquinaria Agrícola Gasóleo “B” 8.400 Grupo electróxeno Gasóleo “A” 541 Pazo Provincial Calefacción Gasóleo “C” 25.000 Edificio Administrativo Calefacción Gasóleo “C” 10.000 Grupo electróxeno Gasóleo “A” 541 Sede de Vigo Calefacción Gasóleo “C” 1.000 Escola de Canteiros Calefacción Gasóleo “C” 5.000 Estación Fitopatolóxica de Areeiro Calefacción Gasóleo “C” 8.000 Sexto Edificio do Museo Grupo electróxeno Gasóleo “A” 541 Viveiro de empresas Barro-Meis Grupo electróxeno Gasóleo “A” 541 Resumen por tipo de gasóleo Gasóleo clase A 242.164 litros Gasóleo clase B 8.400 litros Gasóleo clase C 55.000 litros Todas as subministracións deberán cumprir, como mínimo, as esixencias do Real Decreto 1088/2010, de 3 de setembro, Anexo III, onde se fixan as especificacións dos gasóleos. A adxudicación do Acordo Marco determinará o provedor a que se adquirirá a citada subministración. Non se establecerá compromiso algún de subministración por cantidade determinada, por estar subordinada as necesidades de cada un dos centros durante a vixencia do acordo” 2) B. Financiamento: Onde di: “Cadro de financiamento: O tratarse dun acordo marco, as adquisicións que se realicen derivadas do presente Acordo, incluirán a correspondente aprobación do gasto. A modo estimativo detállase a continuación o tipo de gasóleo a subministrar, estimación de litros necesarios e importes máximos así como centro ó que vai destinado a subministración: Centro Tipo de gasóleo Estimación de consumo anual (litros) Importe anual estimado Aplicación orzamentaria Parque de Maquinaria Gasóleo “A” (Vehículos) 240.000 266.400,00€ 456.4530.221.03 Importe máximo anual estimado (IVE e impostos incluídos) 266.400,00€ Imprenta Provincial Gasóleo “C” (Calefacción) 6.000 3.612,00€ 924.9240.221.03 Finca Mouriscade Gasóleo “C” (Calefacción) 9.000 5.418,00€ 411.4120.221.03 Gasóleo “A” (Grupo electróxeno) 1.000 602,00€ Pazo Provincial Gasóleo “C” 25.000 15.050,00€ 920.9200.221.03 Edificio Administrativo Gasóleo “C” (Calefacción) 10.000 6.020,00€ Gasóleo “A” (Grupo electróxeno) 1.000 602,00€ Sede de Vigo Gasóleo “C” (Calefacción) 1.000 602,00€ 920.9200.221.03 Escola de Canteiros Gasóleo “C” (Calefacción) 5.000 3.010,00€ 324.3243.221.03 Estación Fitopatolóxica de Areeiro Gasóleo “C” (Calefacción) 8.000 4.816,00€ 413.4123.221.03 Sexto Edificio do Museo Gasóleo “A” (Grupo electróxeno) 1.000 602,00€ 333.3330.221.03 Viveiro de empresas Barro-Meis Gasóleo “A” (Grupo electróxeno) 1.000 602,00€ 942.4330.221.03 Importe máximo anual estimado (IVE e impostos incluídos) 68.000 40.936,00€ IMPORTE TOTAL (GÁSÓLEO “A” “B” e“C”) MÁXIMO ANUAL ESTIMADO (IVE e impostos incluídos) 307.336,00€ Nota: Para o cálculo dos importes anuais establécese:  Prezo unitario gasóleo clase A: 1,110€/litro (IVE e impostos incluídos).  Prezo unitario gasóleo clase C: 0,602 €/litro (IVE e impostos incluídos). (Fonte: Para o gasóleo clase “A” Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Data 27 de novembro de 2015 para a provincia de Pontevedra empregando media de 5 Estacións de servizo. Para o gasóleo clase “C” Ministerio de industria, Enerxía e Turismo).” Debe dicir: “Cadro de financiamento: O tratarse dun acordo marco, as adquisicións que se realicen derivadas do presente Acordo, incluirán a correspondente aprobación do gasto. A modo estimativo detállase a continuación o tipo de gasóleo a subministrar, estimación de litros necesarios e importes máximos así como centro ó que vai destinado a subministración: Centro Tipo de gasóleo Estimación de consumo anual (litros) Importe anual estimado Aplicación orzamentaria Parque de Maquinaria Gasóleo “A” (Vehículos) 240.000 266.400,00€ 456.4530.221.03 Importe máximo anual estimado (IVE e impostos incluídos) 266.400,00€ Imprenta Provincial Gasóleo “C” (Calefacción) 6.000 3.612,00€ 924.9240.221.03 Finca Mouriscade Gasóleo “B” (Maquinaria agrícola) 8.400 5.418,00€ 411.4120.221.03 Gasóleo “A” (Grupo electróxeno) 541 602,00€ Pazo Provincial Gasóleo “C” 25.000 15.050,00€ 920.9200.221.03 Edificio Administrativo Gasóleo “C” (Calefacción) 10.000 6.020,00€ Gasóleo “A” (Grupo electróxeno) 541 602,00€ Sede de Vigo Gasóleo “C” (Calefacción) 1.000 602,00€ 920.9200.221.03 Escola de Canteiros Gasóleo “C” (Calefacción) 5.000 3.010,00€ 324.3243.221.03 Estación Fitopatolóxica de Areeiro Gasóleo “C” (Calefacción) 8.000 4.816,00€ 413.4123.221.03 Sexto Edificio do Museo Gasóleo “A” (Grupo electróxeno) 541 602,00€ 333.3330.221.03 Viveiro de empresas Barro-Meis Gasóleo “A” (Grupo electróxeno) 541 602,00€ 942.4330.221.03 Importe máximo anual estimado (IVE e impostos incluídos) 65.564,00€ 40.936,00€ IMPORTE TOTAL (GÁSÓLEO “A” “B” e“C”) MÁXIMO ANUAL ESTIMADO (IVE e impostos incluídos) 307.336,00€ Nota: Para o cálculo da estimación dos importes anuais establécese: - Prezo unitario gasóleo clase A: 1,110€/litro (IVE e impostos incluídos). - Prezo unitario gasóleo clase B: 0,645 €/litro (IVE e impostos incluídos) - Prezo unitario gasóleo clase C: 0,602 €/litro (IVE e impostos incluídos). (Fonte: Para o gasóleo clase “A” Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Data 27 de novembro de 2015 para a provincia de Pontevedra empregando media de 5 Estacións de servizo, para o prezo do gasóleo clase “B” tamén se tivo en conta a media de 5 Estacións de Servizo, e Para o gasóleo clase “C” Ministerio de industria, Enerxía e Turismo).” 3. Modelo de proposición (sobre B): Onde di: “Don .............................., maior de idade, veciño de ................................, con domicilio en ........................ titular do DNI..........................., expedido en data ............................., actuando en nome propio ou en representación dá empresa ........................ (CIF núm. ..............................) e con domicilio en ............................, teléfono .................... segundo declaro responsablemente. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o Acordo Marco correspondente a subministración de gasóleo clase “A” para a maquinaria e vehículos do Parque de Maquinaria e gasóleo clase “B” para os centros da Deputación de Pontevedra: Primeira.-Declaramos que na execución do contrato se cumpriran as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo.-Comprometémonos a subministración dos bens, con estrita suxeición os pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Gasóleo clase “A”, polo prezo do parámetro DELTA, en función da fórmula indicada no apartado 1.3 Anexo I do presente prego: …………….…….euros/litro. - Gasóleo clase “C”, polo prezo do parámetro DELTA, en función da fórmula indicada no apartado 1.3 Anexo I do presente prego: …………….…….euros/litro. Nota importante: entenderanse incluídos o prezo, os gastos directos e indirectos que a empresa deba realizar para o normal cumprimento das prestacións contratadas (tales como gastos xerais, execución material, beneficio industrial, gastos de transportes, seguros e demais que se produzan ata a entrega da subministración no lugar que a Deputación estableza), o IVE que en calquera caso puidese corresponder, canons e demais tributos que lle sexan de aplicación segundo as disposicións vixentes. …………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” Debe dicir: “Don........................................, maior de idade, veciño de.................................................................., con domicilio en ........................................................................................titular do DNI..........................., expedido en data............................., actuando en nome propio ou en representación dá empresa ...................................... (CIF núm. ..............................) e con domicilio en........................., teléfono.................... segundo declaro responsablemente. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o Acordo Marco correspondente a subministración de gasóleo clase “A” para a maquinaria e vehículos do Parque de Maquinaria e gasóleo clase “B” para os centros da Deputación de Pontevedra: Primeira.-Declaramos que na execución do contrato se cumpriran as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo.-Comprometémonos a subministración dos bens, con estrita suxeición os pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Gasóleo clase “A”, polo prezo do parámetro DELTA, en función da fórmula indicada no apartado 1.3 Anexo I do presente prego: …………….…….euros/litro. - Gasóleo clase “B”, polo prezo do parámetro DELTA, en función da fórmula indicada no apartado 1.3 Anexo I do presente prego: …………….…….euros/litro - Gasóleo clase “C”, polo prezo do parámetro DELTA, en función da fórmula indicada no apartado 1.3 Anexo I do presente prego: …………….…….euros/litro. Nota importante: entenderanse incluídos o prezo, os gastos directos e indirectos que a empresa deba realizar para o normal cumprimento das prestacións contratadas (tales como gastos xerais, execución material, beneficio industrial, gastos de transportes, seguros e demais que se produzan ata a entrega da subministración no lugar que a Deputación estableza), o IVE que en calquera caso puidese corresponder, canons e demais tributos que lle sexan de aplicación segundo as disposicións vixentes. …………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” 2.- Conceder un novo prazo de presentación de proposicións de 52 días a contar dende o envío do anuncio de rectificación dos pregos á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e que tamén se especificará no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) e no Boletín Oficial do Estado (BOE). 7.24045.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA Á FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE FAMILIARES E ENFERMOS MENTAIS DE GALICIA (FEAFES GALICIA) PARA A XUSTIFICACIÓN E EXECUCIÓN DA SUBVENCIÓN APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 15/05/2015 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión de 15/05/2015, acordou concederlle a Feafes Galicia unha subvención de 6.000,00 €, para un proxecto denominado “Practicum V”, un proxecto dirixido á inserción laboral de persoas con enfermidade mental. Esta actuación encádrase dentro da Convocatoria dirixida a Entidades de Iniciativa Social para a prestación de Servizos Sociais especializados para o ano 2015, e ten un prazo de presentación da xustificación da subvención con carácter xeral que remata o 30/01/2016. O 11/01/2016 se recibe unha comunicación presentada por rexistro por parte de FEAFES, solicitando unha ampliación do prazo para rematar a actividade por causas derivadas de sinaturas de convenios con empresas necesarias para a realización das prácticas do proxecto, e polo tanto unha ampliación do prazo de xustificación ata o 15/03/2016. En base ó informe que se achega da traballadora social responsable deste expediente, Dª Olga González González, e tal e como se expón nas bases da mencionada convocatoria, na súa cláusula decimo primeira de xustificación, punto 2, “De se produciren circunstancias imprevistas que lles impidan ós beneficiarios rematar ou xustificar en prazo os proxectos ou actividades, este poderá solicitar unha prórroga. A prórroga deberá presentarse antes do remate do prazo de xustificación da subvención (art.49 da Lei 30/1992). O órgano competente poderá outorgar unha ampliación do prazo de xustificación que non exceda da metade do prazo inicial, e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos a terceiros (art.70 RLXS).” Por todo o exposto, considérase dende este servizo de Cohesión Social e Xuventude, que se dan as condicións necesarias e se cumpre coa lexislación vixente, para que esta solicitude sexa informada favorablemente. Coa finalidade de posibilitar a execución correcta do citado proxecto “Practicum V” desenvolvido por FEAFES, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a ampliación do prazo de execución e xustificación ata o día 15/03/2016. 8.24046.- APROBACIÓN DAS BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA PARA “AXUDAS DE ESTUDO PARA O CURSO 2015/2016” De conformidade co indicado no artigo 68 do V Acordo regulador para persoal funcionario e artigo 81 do I Convenio Colectivo para persoal laboral, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases das axudas de estudos correspondentes ó ano 2015/2016, elaboradas pola Comisión paritaria mixta en desenvolvemento do previsto no referido artigo. Estas axudas concederanse con cargo á consignación económica prevista na aplicación orzamentaria 921.323.481.01, e conforme á táboa de módulos que se estableceu en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas. Ditas bases son do seguinte teor: A) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS A FUNCIONARIOS CURSO 2015-2016 “De conformidade co disposto no V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Excma. Deputación de Pontevedra, as axudas de estudos universitarios para ano 2015/2016, se rexerán polas seguintes BASES 1. BENEFICIARIOS/AS Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos os funcionarios de carreira e do persoal laboral fixo da Deputación Provincial que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. Quedan excluídos destas axudas os funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais. 2. ESTUDOS Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou estudios realizados no estranxeiro que estean homologados, clasifícanse da seguinte forma: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters en domicilio. Tamén os estudos realizados na Universidade Nacional a Distancia (UNED). b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters fóra do domicilio. c) Curso de adaptación pedagóxica, obtención do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) e proxecto de fin de carreira. 3. INCOMPATIBILIDADES As axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., salvo o sinalado no parágrafo terceiro desta base, incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. Nos casos de exención de matricula por expediente académico ou familia numerosa, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda, previa xustificación de tal condición. 4. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS Por cursar estudos contemplados no apartado 2 a), b) e c), aboarase o 50% do custo da matrícula e, de efectuarse en centros ou universidades privadas, a mesma porcentaxe equivalente a unha carreira ou materia similar dun centro público. A dita cantidade sumarase una axuda económica en función dos estudos cursados polos interesados e seus respectivos grupos de clasificación: Estudos/Grupos Funcionarios A1 A2 C1 C2 E Cursos Medios, Superiores ou doutorado 90,00 € 100,00 € 110,00 € 120,00 € 130,00 € Por cada sobresaliente ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos medios e superiores no curso anterior 2014/2015 (incluída a UNED) (cun máximo de 100,00 €). Finalizados os estudos, o aboo desta cantidade quedará supeditada a existencia de consignación orzamentaria. 20,00 € En todo caso o importe total da axuda non poderá superar os 800,00 €. 5. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes de estudos poderán presentarse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro xeral da Deputación ata o día 15 de febreiro de 2016, este incluído. En calquera caso, deberán achegar as solicitudes, segundo o caso, a seguinte documentación en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica, másters e estudos realizados na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED): - Certificado que acredite curso completo ou folla de matrícula onde consten as materias que se vaian cursar ou a súa exención. - Xustificante do pagamento da matrícula. b) Cursos de adaptación pedagóxica, de obtención de Diploma de Estudos Avanzados (DEA), de posgrao ou da Universidade de aulas de formación aberta. - Xustificación de matrícula e o seu pagamento. - Fotocopia do DNI do funcionario solicitante. 6. DOTACIÓN ECONÓMICA De conformidade co establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo, as axudas de estudos imputaranse á aplicación orzamentaria 921.3260.481.01. Por outra parte, en aplicación do previsto no artigo 109 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto legislativo 1/1994, de 20 de xuño, en redacción dada pola disposición final terceira do Real decreto-lei 16/2013, do 20 de decembro, de medidas para favorecer a contratación estable e mellorar a empregabilidade dos traballadores, as cantidades que se abonen en concepto de axuda de estudos serán incluidas na base de cotización á seguridade social, estando excluídas as axudas destinadas a formación do persoal. 7. INTERPRETACIÓN DAS BASES Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” B) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS CURSO 2015-2016 “De conformidade co disposto no V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Excma. Deputación de Pontevedra, as axudas de estudos universitarios para o ano 2015/2016, se rexerán polas seguintes BASES 1. BENEFICIARIOS/AS Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos: a) Os fillos dos funcionarios de carreira e o persoal laboral fixo da Deputación Provincial que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. b) Os fillos das parellas de feito dos beneficiarios incluídos no apartado a), segundo o disposto no anexo V do Acordo-Regulador e do I Convenio Colectivo. c) Con carácter excepcional os fillos dos beneficiarios sinalados no apartado a), falecidos en servizo activo ata que finalicen os estudos. Quedan excluídos destas axudas os fillos dos funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais, ademais dos fillos do persoal incluído no apartados a) que teñan máis de 30 anos cando finalice o prazo de entrega das solicitudes. 2. ESTUDOS Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou estudios realizados no estranxeiro que estean homologados, clasifícanse da seguinte forma: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters en domicilio. Tamén os estudos realizados na Universidade Nacional a Distancia (UNED). b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters fóra do domicilio. c) Curso de adaptación pedagóxica, obtención do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) e proxecto de fin de carreira. 3. INCOMPATIBILIDADES As axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., salvo o sinalado no parágrafo terceiro desta base, incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. De terse solicitada unha bolsa ó MEC non se procederá o pagamento da axuda en tanto non se xustifique a súa concesión ou desestimación presentando a correspondente notificación do Ministerio. En principio, non se atenderán as solicitudes onde se xustifique a petición doutra bolsa cando a contía supere o importe da axuda que a Deputación lle destina ó beneficiario, salvo que se acreditase a súa denegación. Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. Nos casos de exención de matricula por expediente académico ou familia numerosa, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda, previa xustificación de tal condición. 4. CONTÍA Con cargo á consignación económica prevista na aplicación 921.3260.481.01 do orzamento provincial, as axudas de estudos previstas no apartado 2. a), b) e c) concederanse conforme a seguinte escala, establecida en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas: ESTUDOS/GRUPOS A1 A2 C1 C2 E Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, de práctica xurídica ou masters en domicilio 391,40 € 442,90 € 473,80 € 525,30 € 561,35 € Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, de práctica xurídica ou masters fóra do domicilio 772,50 € 885,80 € 927,00 € 1.040,30 € 1.133,00 € Proxecto fin de carreira ou similar sen outra matricula 100,00 € 115,00 € 120,00 € 135,00 € 145,00 € Por cada sobresaliente ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos medios e superiores, no curso anterior 2014/2015 (incluída a UNED) (cun máximo de 300,00 €) Finalizados os estudos, o aboo desta cantidade quedará supeditada a existencia de consignación orzamentaria. 100,00 € Dado que é difícil valorar de antemán as peticións de cada un dos módulos e, por conseguinte, a montaxe total das axudas, en caso de superarse o crédito global existente ou de producirse excedentes na partida, a Comisión Paritaria Mixta revisará as cantidades sinaladas na táboa de módulos para axustalas á consignación orzamentaria. 5. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS 1) Tendo en conta a clasificación de axudas de estudos prevista no apartado 2, aboaranse os importes establecidos no apartado 4 conforme os seguintes criterios: a. Aplicando a totalidade do importe indicado na táboa de módulos da base 4, nos supostos de curso completo, seis ou máis materias de ensinanzas de primeira matrícula, ou 50 créditos nas materias de segunda e sucesivas matrículas. b. Aplicando o 50% do importe establecido na táboa de módulos da base 4, nos supostos dunha a cinco nas ensinanzas non REPETIDAS ou menos de 50 créditos nas REPETIDAS. No caso de que non se reflicta o pagamento de taxas, exención ou materias que se cursen, deberá presentarse un certificado ou expediente académico onde se fagan constar as materias de primeira, segunda e sucesivas matrículas, así como os seus créditos. 2) Consideraranse estudos no domicilio aqueles que se realicen en centros situados dentro do propio concello onde este situada a residencia da/o funcionaria/o ou traballador/a da Deputación nun radio igual ou inferior a dez (10) quilómetros. Consideraranse estudos fóra do domicilio todos os demais. Esta circunstancia acreditarase coa certificación do empadroamento do funcionario que solicita a axuda. 3) Exclúense destas bases os cursos de perfeccionamento, preparación e ingresos en academias privadas ou similares. 4) Todas as axudas increméntanse nun 100% no suposto de que o solicitante ou beneficiario estea afectado por unha grande invalidez física ou psíquica, nun grao igual ou superior ó 65% de minusvalía; ou nun 50% se é inferior, o que se acreditará cunha resolución xudicial ou administrativa que o recoñeza. 6. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes deberán presentarse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro xeral da Deputación ata o 15 de febreiro de 2016, este incluído debendo achegar, segundo o caso, a seguinte documentación en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou másters en domicilio. Estudos realizados na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED): - Certificado que acredite curso completo ou folla de matrícula onde consten as materias que se vaian cursar ou a súa exención. - Xustificante do pagamento da matrícula. - Fotocopia do DNI do fillo/a beneficiario se é caso. b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao ou másters fóra de domicilio: - Certificado de empadroamento do FUNCIONARIO. - Certificado que acredite curso completo ou folla de matrícula onde consten as materias que se vaian cursar ou a súa exención. - Xustificante do pagamento da matrícula. - Fotocopia do DNI do fillo/a beneficiario se é caso. c) Cursos de adaptación pedagóxica, de obtención de Diploma de Estudos Avanzados (DEA), de posgrao ou da Universidade de aulas de formación aberta. - Xustificación de matrícula e o seu pagamento. - Fotocopia do DNI do fillo/a beneficiario se é caso. De non figurar o documento esixido, será necesario presentar un certificado ou expediente académico onde se faga constar qué materias son de primeira matrícula e os seus créditos e cáles son de segunda e sucesivas matrículas. 7. DOTACIÓN ECONÓMICA De conformidade co establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo, as axudas de estudos imputaranse á aplicación orzamentaria 921.3260.481.01. Por outra parte, en aplicación do previsto no artigo 109 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto legislativo 1/1994, de 20 de xuño, en redacción dada pola disposición final terceira do Real decreto-lei 16/2013, do 20 de decembro, de medidas para favorecer a contratación estable e mellorar a empregabilidade dos traballadores, as cantidades que se abonen por este concepto serán incluidas na base de cotización á seguridade social. 8. INTERPRETACIÓN DAS BASES Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” C) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS CURSO 2015-2016 “De conformidade co disposto no artigo 68 do V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Excma. Deputación de Pontevedra, as axudas de estudos non universitarios para o curso 2015/2016, se rexerán polas seguintes BASES 1. BENEFICIARIOS/AS Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos: a) Os fillos dos funcionarios de carreira e do persoal laboral fixo da Deputación Provincial, que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. b) Os fillos das parellas de feito dos beneficiarios incluídos no apartado a), segundo o disposto no anexo V do Acordo-regulador para persoal funcionario e do I Convenio Colectivo para persoal laboral. c) Con carácter excepcional os fillos dos beneficiarios sinalados no apartado a), falecidos en servizo activo ata que finalicen os estudos. Quedan excluídos destas axudas os fillos dos funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais, ademais dos fillos do persoal incluído nos apartados a) e d) que teñan máis de 30 anos cando finalice o prazo de entrega das solicitudes. 2. ESTUDOS Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou estudios realizados no estranxeiro que estean homologados, clasifícanse da seguinte forma: a) Garderías, colexios infantís e xardíns de infancia. b) Educación infantil e primaria. c) ESO, cursos de acceso + 25 años, cursos para maiores de 45 anos e PCPI. d) Formación profesional, Bacharelato, e estudos de ensinanzas artísticas, recollidas como tales no art. 45 da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. e) Escola oficial de idiomas e outros estudos de ensinanzas artísticas. 3. INCOMPATIBILIDADES Para manter o carácter exento no IRPF estas axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. De terse solicitada unha bolsa ó MEC non se procederá o pagamento da axuda en tanto non se xustifique a súa concesión ou desestimación presentando a correspondente notificación do Ministerio. En principio, non se atenderán as solicitudes onde se xustifique a petición doutra bolsa cando a contía supere o importe da axuda que a Deputación lle destina ó beneficiario, salvo que se acreditase a súa denegación. Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. Nos casos de exención de matricula por expediente académico ou familia numerosa, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda. 4. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS 1) De acordo coa clasificación de axudas de estudos prevista no apartado 2, aboarase a cantidade establecida na táboa de módulos da base 5. 2) As axudas para garderías, colexios infantís e xardíns de infancia concederanse por fillos acollidos nalgún destes centros, cando así o xustifiquen mediante a correspondente matrícula. 3) Exclúense destas bases os cursos de perfeccionamento, preparación e matricula en academias privadas ou similares. 4) Todas as axudas increméntanse nun 100% no suposto de que o solicitante ou beneficiario estea afectado por unha grande invalidez física ou psíquica, nun grao igual ou superior ó 65% de minusvalía; ou nun 50% se é inferior, o que se acreditará cunha resolución xudicial ou administrativa que o recoñeza. 5. CONTÍA Con cargo á consignación económica prevista na aplicación orzamentaria 921.3260.481.01, as axudas de estudos concederanse conforme a seguinte escala, en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas: ESTUDOS/GRUPOS A1 A2 C1 C2 E Garderías, colexios infantís e xardíns de infancia 185,40 € 226,60 € 278,10 € 319,30 € 339,90 € Educación infantil, primaria 113,30 € 123,60 € 133,90 € 149,35 € 185,40 € ESO, cursos de acceso + 25 anos, + 45 anos e PCPI. 226,60 € 267,80 € 309,00 € 345,05 € 370,80 € FP e Bacharelato e Ensinanzas artísticas (*) 231,00 € 273,00 € 315,00 € 351,75 € 378,00 € Cursos da Escola Oficial de Idiomas e outras ensinanzas artísticas 113,30 € 123,60 € 133,90 € 149,35 € 185,40 € *Ensinanzas artísticas contempladas no artigo 45.2, b) y c) da LO 2/2006 de 3 de maio de educación. Por cada sobresaliente ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos FP e Bacharelato (cun máximo de 150,00 €). Finalizados os estudos, o aboo desta cantidade quedará supeditada a existencia de consignación orzamentaria. 30,00 € Dado que é difícil valorar de antemán as peticións de cada un dos módulos e, por conseguinte, o montante total das axudas, en caso de superarse o crédito global existente ou de producirse excedentes na partida a comisión paritaria mixta revisará as cantidades sinaladas na táboa de módulos para axustalas á consignación orzamentaria. 6. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes deberán presentarse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro xeral da Deputación, ata o 15 de febreiro de 2016, este incluído, debendo achegar o xustificante de estar matriculado no curso 2015/2016 en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada. En calquera caso, as solicitudes presentadas fóra de prazo serán desestimadas. 7. DOTACIÓN ECONÓMICA De conformidade co establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo, as axudas de estudos imputaranse á aplicación orzamentaria 921.3260.481.01. Por outra parte, en aplicación do previsto no artigo 109 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto legislativo 1/1994, de 20 de xuño, en redacción dada pola disposición final terceira do Real decreto-lei 16/2013, do 20 de decembro, de medidas para favorecer a contratación estable e mellorar a empregabilidade dos traballadores, as cantidades que se abonen por este concepto serán incluidas na base de cotización á seguridade social. 8. INTERPRETACIÓN DAS BASES Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” 9.24047.- DAR CONTA DE RENUNCIA DE D. MANUEL DE BERNARDO AGULLA DO CONCELLO DE VIGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE EXTRAORDINARIA DA PARTICIPACIÓN DO SEU FILLO NO “CAMPIONATO DE PORTUGAL DE ESQUÍ EN PISTA SINTÉTICA”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 04/12/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 4 de decembro unha subvención a favor de Manuel de Bernardo Agulla con DNI: 36125279F, do Concello de Vigo, por un importe de 213,42 €, para asistir ó “Cto. Portugal de Esquí de Pista do seu fillo Ignacio de Bernardo Morán o 15 decembro” con cargo á aplicación 15/340.341.489.24, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 12/01/2016, do citado interesado renunciando á subvención concedida no seu día por non celebrarse dita proba, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 10.24048. DAR CONTA DA RENUNCIA DE DNA. PATRICIA MORÁN DÍAZ DO CONCELLO DE VIGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE EXTRAORDINARIA DA PARTICIPACIÓN DA SÚA FILLA NO “CAMPIONATO DE PORTUGAL DE ESQUÍ EN PISTA SINTÉTICA”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 04/12/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 4 de decembro unha subvención a favor de Patricia Morán Díaz con DNI: 36115742S, do Concello de Vigo, por un importe de 213,42 €, para asistir ó “Cto. Portugal de Esquí de Pista da súa filla María de Bernardo Morán en outubro” con cargo á aplicación 15/340.341.489.24, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 12/01/2016, da citada interesada renunciando á subvención concedida no seu día por non celebrarse dita proba, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 11.24049.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2014/2015 POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA Por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de marzo de 2015 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2014/2015, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos 1 de abril de 2015 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de abril de 2015 iniciou as súas prácticas laborais a bolseira Estela Estévez Arce da titulación de Mestra de Educación Primaria e do expediente D24, no Concello de Vilagarcía de Arousa, sendo prorrogada dende o 1 de outubro ata o 31 de marzo. Con data do 16 de xaneiro de 2016 a bolseira Estela Estévez Arce, presenta escrito comunicando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 18 de xaneiro de 2016, por unha oferta laboral. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Estela Estévez Arce, con efectos do día 18 de xaneiro de 2016. 12.24050.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL Nº2015028889 DE FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2014-2015 POR RENUNCIA DUN BOLSEIRO NO SERVIZO DO ORAL De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral na Deputación de Pontevedra e en concellos da provincia 2014/2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a seguinte Resolución Presidencial: - Por Resolución Presidencial nº 2015028889 de data 29 de decembro de 2015, resólvese dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Juan José García Caldas, no ORAL de Pontevedra, con efectos do 21 de decembro de 2015. 13.24051.- RATIFICACIÓN DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Nº2015029227 E Nº2015029228 DE RENUNCIA DE DÚAS BOLSEIRAS Ó PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E DEPUTACIÓN 2014-2015 De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral en concellos e Deputación 2014-2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar as seguintes Resolucións Presidenciais: - Por Resolucións Presidenciais nº 2015029227 e nº 2015029228 de data 28 de decembro de 2015, respectivamente, resólvese dar por finalizadas as prácticas das bolseiras Yasmina Estela Costas con efectos de 29 de decembro no Concello de Redondela e Tania Losada Campero con efectos de 28 de decembro no Concello de Vigo, por ter unha oferta laboral. 14.24052.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 15.24053.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e dezaseis minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición