ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2016/04/22_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.838/1.2016-04-22_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2016/04/22_Ordinaria

  • Data(s) 2016 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas do día vinte e dous de abril do ano dous mil dezaseis, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.24292.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 8 de abril de 2016 2.24293.- BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ASOCIACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ANO 2016 A Deputación de Pontevedra, a proposta do servizo de Deportes establece as bases de subvención dirixidas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para actividades deportivas ano 2016 na que se convoca o programa M/16 “actividades deportivas” e unha vez fiscalizadas ditas bases polo servizo de Intervención así como o informe favorable de Secretaría, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de subvencións dirixidas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para actividades deportivas ano 2016 e que son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ASOCIACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS. ANO 2016 A Deputación, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas e coñecedora das carencias que ten quen desexa practicalo, establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover, fomentar e impulsar as actividades deportivas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia. 1. Obxecto: A finalidade desta convocatoria é apoiar as entidades e clubs deportivos sen ánimo de lucro na realización de actividades deportivas durante o ano 2016. A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016, para o que se convocan as subvencións que a continuación se detallan: Materia Programa Partida Orzamento Deportes D/16 Actividades deportivas 16/340.3410.489.04 490.000,00€ O programa D/16 “actividades deportivas” vai dirixido ao financiamento de campionatos e eventos deportivos que desenvolverán os clubs ou entidades deportivas durante o ano 2016. 2. Solicitantes: Poderán solicitar estas subvencións as asociacións e clubs deportivos que reúnan os seguintes requisitos: • Carecer de fins de lucro (acreditándoo cunha declaración responsable da persoa representante). • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando teñan interese para a provincia. • Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas. • Non estar incursos en ningunha das prohibicións recollidas na lei para percibir subvencións. • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación. Non serán obxecto de subvención aquelas actividades que veñan reguladas noutras convocatorias deste organismo provincial ou actividades incluídas no deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte. Non poderán beneficiarse destas subvencións as asociacións que teñan pendente de xustificar axudas concedidas no exercicio anterior no mesmo programa. 3. Solicitudes e documentación: As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Deportes ou na páxina www.depo.es, achegando ademais a seguinte documentación: - Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da entidade actualizada (coa sinatura dixital). - Fotocopia cotexada do DNI da persoa representante legal. - Memoria explicativa dunha actividade concreta, asinada pola persoa representante. En ningún caso se subvencionarán as actividades que se realicen ao longo de todo o ano, debe ser unha actividade concreta, da que se indicará o lugar e a data de realización. - Orzamento de ingresos e gastos detallado e totalizado (incluíndo as cantidades, os prezos unitarios e o IVE desagregado) dunha actividade concreta e determinada, asinado pola persoa representante. Non se poderán incluír no orzamento de gastos outras achegas da Deputación en elementos materiais para a mesma finalidade. - Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade para a que se solicita subvención. - Declaración de que a entidade non está incursa en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. - Certificación ou declaración responsable de estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Facenda autonómica. - Certificación orixinal ou copia cotexada dos datos bancarios co nome da entidade peticionaria. - Certificado de estar inscritos no rexistro de entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte. - Cada entidade só poderá presentar a solicitude por unha única actividade deportiva. As entidades poderán autorizar a institución provincial para solicitar as certificacións de estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Facenda autonómica. En caso de a solicitude non reunir os datos esixidos ou calquera dos previstos no artigo 71 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP/PAC), requiriráselle ao interesado que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non o facer, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. Naqueles casos nos que, logo de requirida a documentación, siga sen completarse arquivarase a solicitude sen máis trámites. 4. Lugar e prazo de presentación: Estas bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e posteriormente remitirase a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto, sen prexuízo da súa inserción na web www.depo.es e no taboleiro de anuncios. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO. Entregaranse no Rexistro xeral da institución provincial: o Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado). o Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres). Tamén poderán entregarse a través de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da LRXAP/PAC. A presentación da solicitude implicará que se autoriza a Deputación para o tratamento automatizado de todos os datos contidos nela. As solicitudes presentadas fóra do prazo anteriormente establecido non serán admitidas nesta convocatoria. 5. Valoración e concesión: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das axudas os seguintes criterios: I. Número de deportistas ou de equipos participantes, ata 20 puntos. II. Ámbito territorial do evento, ata 20 puntos: a) Provincial, 5 puntos. b) Autonómico, 10 puntos. c) Nacional, 15 puntos. d) Internacional, 20 puntos. III. Número de xornadas do evento, ata 15 puntos. IV. Antigüidade e consolidación do evento, ata 15 puntos. V. Inclusión do evento no calendario oficial de competicións, 10 puntos. VI. Orzamento de gastos e ingresos do evento, ata 10 puntos. VII. Achega económica da propia entidade ao financiamento do evento, ata 10 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ao ditame da Comisión de Xuventude, Deportes e Igualdade. O conxunto das axudas recibidas non poderá en ningún caso superar o 100 % do custo real da actividade, adquisición ou mellora que desenvolverá o beneficiario. 6. Procedemento de concesión: A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ao xefe do Servizo de Deportes, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 24 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS). As solicitudes de subvención avaliaranse conforme os criterios sinalados anteriormente pola Comisión de valoración, órgano colexiado composto por:  Presidencia: a deputada de Deportes.  Vogalía: dous membros do persoal técnico do Servizo de Deportes e un membro do persoal técnico do Servizo de Intervención.  Secretaría: un membro do funcionariado do Servizo de Deportes, que actuará sen voto. A Comisión de valoración poderá acadar cantos informes estime necesarios para resolver e emitirá un informe ao respecto das solicitudes de subvención. O procedemento de concesión das subvencións é o de concorrencia competitiva. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente. A resolución do procedemento notificaráselles aos interesados conforme o previsto no artigo 58 da LRXAP/PAC. Logo de transcorridos seis meses a partir do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación da solicitude sen notificarse a resolución os interesados estarán lexitimados para entender como desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de subvención. 7. Modificación da resolución: Tal como se establece no artigo 64 do Regulamento da LXS (R. d. 887/2006, de 21 de xullo), unha vez notificada a resolución de concesión o beneficiario da subvención poderá solicitar a modificación do seu contido sempre que se manteña a finalidade da axuda, que poderá autorizarse sempre que non se danen dereitos de terceiros. Esta solicitude de modificación deberá presentarse no prazo dun mes desde a notificación da concesión e será obxecto de Resolución da Presidencia logo da proposta previa da Comisión de valoración, que deberá ter en conta as seguintes circunstancias:  Se o orzamento da nova actividade é superior ou igual ao subvencionado inicialmente manteranse as condicións da subvención concedida en canto ao importe da subvención e orzamento subvencionado.  Se o orzamento da nova actividade é inferior ao subvencionado inicialmente a Comisión avaliadora, logo do informe previo do Servizo de Deportes, deberá determinar o novo importe da subvención e o novo orzamento subvencionado, que serán inferiores aos inicialmente establecidos. 8. Xustificación: Unha vez notificada a aprobación das subvencións concedidas e realizada a actividade os beneficiarios deberán xustificalas antes do 31 de marzo de 2017. Os gastos xustificados deberán axustarse aos conceptos establecidos no orzamento inicial e, con carácter xeral, non se admitirán como válidos os xustificantes referidos a alimentos e bebidas. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a. Orixinais ou copias cotexadas de facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando en cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e mais o custo total de cada unidade. Non se admitirán para xustificar as nóminas de persoal propio da entidade. As facturas presentadas para xustificar as subvencións con data posterior á finalización do prazo de xustificación en ningún caso terán carácter de gasto subvencionable. b. Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, e na que se poña de relevo que os gastos que figuran na antedita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8.2.c das de execución do vixente Orzamento provincial. c. Os gastos xustificados deberán axustarse no posible aos conceptos incluídos no orzamento inicial, sen que se aboe máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. d. Os gastos que figuren na conta xustificativa aboaránselles preferiblemente aos beneficiarios antes da presentación da xustificación da subvención pero, en todo caso, deben aboarse no prazo máximo dun mes desde a percepción dos fondos. O gasto non pagado ou pagado fóra deste prazo non se considerará subvencionable. e. Os beneficiarios das subvencións provinciais deben empregar, con carácter xeral, formas de pagamento a terceiros que poidan acreditarse mediante un documento expedido por unha entidade financeira no que quede identificado o beneficiario, o importe e a data de pagamento (tarxetas bancarias de crédito ou débito, talóns nominativos, transferencias bancarias etc.), e só excepcionalmente poderá empregarse o pagamento en metálico cando non sexa posible outra forma alternativa. O incumprimento desta disposición para algún gasto implicará que este se considere non subvencionable, sempre que supere o importe de 900,00 euros. f. Declaración de que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. g. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ao corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación, situación que determinará de oficio a propia institución provincial. h. Memoria xustificativa do cumprimento das condicións establecidas na solicitude de subvención, debidamente asinada, na que se indiquen as actividades realizadas e os resultados obtidos. i. Acreditar a debida difusión mediante soportes publicitarios, físicos ou telemáticos, do financiamento por parte da Deputación para esta actividade. 9. Pagamento: Para pagar a subvención terase en conta o seguinte:  Cando se xustifiquen gastos polo 100 % do orzamento subvencionado aboarase a totalidade da subvención.  Cando se xustifiquen gastos inferiores ao 100 % aboarase a parte proporcional da subvención. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. 10. Incumprimento: Logo de vencido o prazo de xustificación sinalado na base oitava sen que a entidade beneficiaria presentase a documentación xustificativa o Servizo de Deportes requiriralle que a presente no prazo improrrogable de quince días. A falta de presentación da documentación neste prazo suporá a perda da subvención e demais responsabilidades previstas na LXS. 11. Devolución e reintegro: As subvencións concedidas deberán devolverse ou reintegrarse nos seguintes casos:  Se se obteñen falseando as condicións requiridas.  Cando non se apliquen aos fins para os que foron concedidas.  En caso de incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. 12. Órgano de aprobación: De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do Orzamento para o ano 2016 e cumprindo o establecido no artigo 18 da LXS o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 13. Recursos: Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou no prazo dun mes, entendéndose como desestimado se transcorre este período de tempo sen contestar; neste caso poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, como se prevé no artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Igualmente, contra esta resolución poderá interpoñerse directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo indicado. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entenda desestimado. 14. Dereito supletorio: Para o non disposto nestas bases contemplarase o establecido nas de execución do Orzamento xeral da Deputación do exercicio 2016, na LXS e na demais lexislación de desenvolvemento.” 3.24294.- NOVO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SANXENXO PARA LEVAR A CABO O “PROXECTO INTEGRAL DE MOBILIDADE DA AVDA. LUIS ROCAFORT” De acordo co Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo para levar a cabo o “Proxecto integral de mobilidade da Avenida Luis Rocafort-Sanxenxo” que contempla as actuacións necesarias para levar a cabo a acometida de distintas reparacións, tales como: pavimentación e sinalización reordenando os espazos públicos e aparcadoiros, substitución das actuais redes de abastecemento e saneamento, pavimentación e sinalización, dotación de bocas de rego, hidrantes, rede de saneamento de pluviais, beirarrúas, mobiliario urbano e axardinamento, luminarias, etc., todo para mellorar o estado do vial e proceder á súa urbanización, así como para manter a súa funcionabilidade no futuro. O convenio prevé un orzamento estimado de un millón seiscentos cincuenta mil setecentos cincuenta e nove euros con vinte e oito céntimos (1.650.759,28 €) e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de seguridade e saúde. Logo de visto o informe da xefa do Servizo de Cooperación, e máis os informes de Secretaría Xeral e do Servizo de Intervención, e en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, o 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril e o 16.2 das Bases de execución do Orzamento provincial e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo para levar a cabo o “Proxecto integral de mobilidade da Avenida Luís Rocafort-Sanxenxo” cuxo texto di: “NOVO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SANXENXO PARA LEVAR A CABO O “PROXECTO INTEGRAL DE MOBILIDADE DA AVENIDA LUIS ROCAFORT – SANXENXO” En Sanxenxo, a 15 de abril de 2016 REUNIDOS A Ilma. Sra. D. Mª del Carmen Silva Rego, na súa condición de presidenta da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. O Sr. D. Gonzalo Gonzalo Pita, alcalde-presidente do Concello de Sanxenxo, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. O Sr. D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra, dando fe do acto. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns, determinados servizos públicos en función da súa poboación. III.- Que o artigo 36 da Lei 7/1985 e os artigos 109 e 110 da Lei 5/1997 encomendan ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que se instrumenta o presente convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. Dentro da extensa rede de estradas pertencentes á Deputación de Pontevedra atópase a E.P. 9204 Avenida de Luis Rocafort que discorre polo Concello de Sanxenxo, constituíndo unha das arterias principais do concello. Dada a súa ubicación, comunicando o paseo de Silgar e centro de Sanxenxo coa a estrada autonómica PO-308, dito vial soporta diariamente unha elevada intensidade de tráfico de vehículos de todo tipo do que deriva que o firme atópase na actualidade nun avanzado estado de deterioro, dificultando tanto o tránsito de vehículos como peóns. En concreto a realización da obra que se describía no proxecto “Urbanización da avenida Luis Rocafort-Sanxenxo” tiña por obxecto executar unha serie de actuacións necesarias para acometer reparacións varias e dotar de beirarrúas ao vial; asemade dada a antigüidade das redes de servizos urbanos preténdese a substitución das actuais e a dotación de recollida de pluviais. Con data 19 de decembro de 2014 a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra adopta o acordo de “Concesión de subvención e aprobación do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo para levar a cabo o proxecto, “Urbanización da Avenida Luis Rocafort (Sanxenxo)”. Con data 27 de xaneiro de 2015 tivo lugar a aprobación do Proxecto de Construción, ”Urbanización de la avenida Luis Rocafort (E.P.92104) (Sanxenxo)”, redactado pola empresa “INOR, Ingeniería del Noroeste S.L”, e asinado polo Enxeñeiro Autor do Proxecto José P. Gosende Tuñas, Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, e polo Enxeñeiro Director do Proxecto Manuel González Juanatey, Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, de acordo co contrato asinado entre a empresa e a Deputación de Pontevedra. Con data 12 de xaneiro de 2015 asinouse o referido convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo. Con data 10 de xullo de 2015 adxudícase o contrato das obras á empresa DRAGADOS, S.A. Con data 10 de agosto de 2015 asínase o referido contrato de obras. Con data 3 de setembro do 2015 levántase acta de replanteo negativa. Dende a adxudicación do contrato ata a data actual ponse de manifesto a necesidade de acometer unha serie de actuacións que conclúen na inviabilidade das obras recollidas no proxecto vixente xa que, en base á súa natureza e importe, e de acordo coa lexislación que rexe o contrato, RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Publico, non poden acollerse ás circunstancias descritas no artigo 107 en referencia a modificacións do contrato de obras. Enuméranse a continuación as causas que xustifican a inviabilidade do proxecto construtivo aprobado: • A Deputación e o Concello acordan, no mes de xaneiro do presente ano 2016, a ampliación do ámbito de actuación das referidas obras de “Urbanización da Avenida Luis Rocafort (E.P. 9204)” á totalidade da avenida, pasando de ter un ámbito total de actuación de 9.416,43 m2 a actuar nun total de 12.381,62 m2, despois de descartar a posibilidade de dar continuidade ao vial mediante un túnel baixo a actual glorieta, por considerarse ineficaz. En base a isto, o convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo para levar a cabo o novo proxecto a executar, recolle que, unha vez rematadas e recibidas as referidas obras de urbanización no ámbito de actuación da Avenida na súa totalidade, farase efectiva de xeito inmediato a transferencia de titularidade desta Avenida ao Concello, motivo que xustifica a devandita ampliación do ámbito de actuación. • Detéctase no proxecto relativo ao convenio de 12 de xaneiro de 2015 o incumprimento do Anexo 1 Código de accesibilidade, Base 1 Disposicións sobre barreiras arquitectónicas urbanísticas, Base 1.1 Rede viaria, Punto 1.1.1 Itinerarios peonís, do Real Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se especifica que en áreas desenvolvidas a través da redacción de instrumentos de ordenación integral o ancho mínimo de paso libre de obstáculos será de 1,80 metros, existindo no proxecto tramos de beirarrúa onde o ancho máximo non chega nin a 1,50 metros. • Detéctase no proxecto que refire o convenio de 12 de xaneiro de 2015 o incumprimento do Anexo 1 Código de accesibilidade, Base 1 Disposicións sobre barreiras arquitectónicas urbanísticas, Base 1.1 Rede viaria, Punto 1.1.3 Vaos peonís, do Real Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se especifica que os vaos peonís deben situarse en tramos de beirarrúa cuxas dimensións permitan deixar un ancho mínimo de paso libre de obstáculos de 0,90 metros. No proxecto contémplase máis dun vao peonil que incumpre dita restrición. • Detéctase no proxecto que refire o convenio de 12 de xaneiro de 2015 o incumprimento do Anexo 1 Código de accesibilidade, Base 1 Disposicións sobre barreiras arquitectónicas urbanísticas, Base 1.3 Aparcadoiros, Punto 1.3.C Accesos, do Real Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se especifica que as prazas reservadas para minusválidos estarán comunicadas cun itinerario peonil adaptado, debendo salvar o desnivel coa beirarrúa mediante un vao con pendente non superior ao 12%. O proxecto non contempla en ningún dos aparcadoiros reservados para praza de minusválidos un itinerario peonil adaptado que permita salvar o desnivel coa beirarrúa. • Detéctase no proxecto que refire o convenio de 12 de xaneiro de 2015 o incumprimento do Plan Xeral Municipal de Sanxenxo-Normas urbanísticas, onde se especifica que o ancho mínimo de beirarrúas novas a construír dentro da área municipal será de 1,80 metros. • Detéctase no proxecto aprobado o incumprimento do Plan Xeral Municipal de Sanxenxo-Normas urbanísticas, onde se especifica que o ancho mínimo de aparcadoiro en liña dentro da área municipal será de 2,25 metros para coches e 3,80 metros para camións e autobuses. O proxecto contempla na totalidade dos aparcadoiros en liña un ancho máximo de 1,75 metros, e na parada de autobús un ancho máximo de 2,50 metros. • O proxecto aprobado non contempla urbanizar a Avenida cinguíndose o máximo posible á aliñación esixida polo Plan Xeral Municipal de Sanxenxo, sen nin sequera tentar cesións dos propietarios das vivendas fóra da aliñación para cumprir na medida do posible o esixido no Plan Xeral Municipal. • O proxecto aprobado non inclúe acometidas domiciliarias da rede eléctrica soterrada, sen contemplar de ningún xeito a saída dos cables da rede soterrada á fachada da vivenda. • Con data 29 de xaneiro de 2016, o Pleno da Corporación Provincial na súa sesión, ordinaria, acorda a aprobación do decálogo de criterios de actuación provinciais, que obrigan a ter en conta as necesidades das chamadas mobilidades amábeis, polo que os proxectos de urbanización deberán garantir a mobilidade dos colectivos máis vulnerables, en canto a accesibilidade e comodidade, coa máxima eficacia nun espazo continuo de seguranza viaria, ao abeiro da normativa vixente; isto fai necesario a rectificación de determinadas actuacións do proxecto vixente. As modificacións que necesariamente levan consigo os apartados enunciados, implican a alteración das condicións esenciais de licitación e adxudicación, pois exceden en máis dun 10% o prezo de adxudicación do contrato, excedendo, así mesmo, o ámbito de actuación do antigo proxecto, polo que se redacta un novo proxecto axustado á normativa e lexislación vixente. De acordo co anteriormente exposto e, ao amparo do recollido no actual apartado g) do artigo 223 do TRLCSP con data 15 de abril de 2016, resólvese o contrato coa empresa adxudicataria. Redáctase o novo “Proxecto integral de mobilidade da avenida Luis Rocafort – Sanxenxo”, que recolle todas as actuacións necesarias para axustarse ás prescricións descritas anteriormente. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, que substitúe ao asinado con data 12 de xaneiro de 2015, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto. O presente convenio mantén o obxecto de facilitar a necesaria colaboración entre as administracións asinantes para promover as actuacións necesarias para levar a cabo o proxecto “Proxecto integral de mobilidade da avenida Luis Rocafort – Sanxenxo” .Dito proxecto ten por fin acometer distintas reparacións, tales como: pavimentación e sinalización reordenando os espazos públicos e aparcadoiros, substitución da actuais redes de abastecemento e saneamento, pavimentación e sinalización, dotación de bocas de rego, hidrantes, rede de saneamento de pluviais, beirarrúas, mobiliario urbano e axardinamento, luminarias, etc; todo para mellorar o estado do vial e proceder á súa urbanización, así como para manter a súa funcionabilidade no futuro. Segunda.- Importe. O importe o que se refire o presente ascende a un millón seiscentos cincuenta mil setecentos cincuenta e nove euros con vinte e oito céntimos (1.650.759,28 €) e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de seguridade e saúde. Terceira.- Financiamento. Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados pola Deputación de Pontevedra e Concello de Sanxenxo mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: Achega % Deputación de Pontevedra 1.155.009,60 € 69,97 Concello de Sanxenxo 495.749,68 € 30,03 Total investimento 1.650.759,28 € 100 A Deputación financiará 1.155.009,60 € (69,97%) con cargo ás aplicacións 16/456.4530.612.02.2015 e 16/456.4530.612.02.2014 do vixente orzamento provincial. A achega do concello 495.749,68 € (30,03%), foi concedida na súa orixe polo procedemento de concorrencia no marco das axudas do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14) e, finalmente, incorporada as aplicacións referidas ut supra do orzamento provincial. Cuarta.- Incidencias no desenvolvemento da obra. Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación do proxecto, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiada de conformidade cos coeficientes dispostos na cláusula terceira. Quinta.- Licitación e dirección das obras. Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras, na que intervirá representación do concello, contempladas no proxecto técnico do investimento obxecto deste convenio. Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a redacción do proxecto técnico, descritivo das actuacións a levar a cabo. Sexta.- Obrigas do Concello. O Concello de Sanxenxo obrígase a: 1) Poñer a disposición da Deputación Pontevedra os terreos e as instalacións para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. As actas de cesión dos terreos necesarios serán aportadas polo Concello e incluiranse no anexo correspondente do proxecto a aprobar. 2) Obter as correspondentes licenzas e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que fosen precisas. 3) Levar a cabo o mantemento da infraestrutura obxecto deste convenio, tendo a asunción da dita responsabilidade desde o día seguinte ao de formalización da acta de transferencia do vial. 4) Solicitar a transferencia do vial, de conformidade co establecido na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia, tendo carácter o presente convenio de documento de solicitude formal de iniciación do procedemento de transferencia. 5) Darlle a adecuada publicidade a este convenio, de tal xeito que quede constancia que a remodelación da infraestrutura se levou a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Sétima.- Entrega. Unha vez rematadas e recepcionadas as obras levarase a cabo a transferencia do vial obxecto das mesmas por parte da Deputación Provincial de Pontevedra ao concello de Sanxenxo. Oitava.- Compensación de débedas. O Concello de Sanxenxo faculta expresamente á Deputación para reter e compensar con cargo ás cantidades que lle poidan corresponder toda clase de débedas vencidas e pendentes pago. Novena.-Comisión de seguimento e control. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio , así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Seguimento da que forman parte a presidenta, o alcalde ou persoas en quen deleguen, o Secretario da Deputación de Pontevedra ou persoa en quen delegue e un representante técnico de cada Administración. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Décima.- Vixencia do convenio. O presente convenio entrará en vigor na data da súa firma e terá vixencia ata o remate das obras obxecto do convenio. Undécima.- Resolución. Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio de conformidade co disposto na normativa vixente. Duodécima.- Normativa aplicable. O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas, e: - Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime local. - Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións do Procedemento Administrativo Común. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Real Decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. - Bases reguladoras da execución do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2016. - E demais normativa de obrigado cumprimento. Asemade, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula novena, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio, por duplicado e a un só efecto, no lugar e na data sinalados no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello de Sanxenxo Mª del Carmen Silva Rego Gonzalo Gonzalo Pita” 2.- Facultar á presidenta para formalizar o devandito convenio mediante a súa sinatura, momento no que entrará en vigor dito convenio. 4.24295.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO RELATIVO Ó ACORDO MARCO PARA A SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO CLASE “A”, PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS ADSCRITO Ó PARQUE DE MAQUINARIA E GRUPOS ELECTRÓXENOS, GASÓLEO CLASE “B” PARA MAQUINARIA AGRÍCOLA DA FINCA MOURISCADE DE GASÓLEO CLASE “C”, PARA A CALEFACCIÓN DE DIVERSOS CENTROS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (Expte. 2015037977) A Deputación de Pontevedra dentro do proceso de modernización da administración pública e en aras de realizar un uso racional dos recursos públicos acordou levar a cabo a centralización da compra conxunta do gasóleo necesario para os centros da Deputación de Pontevedra. A compra conxunta deste produto permite un mellor servizo do provedor e realizar unha mellor xestión, levando consigo a un maior rigor e control do gasto público. Por todo isto, o Enxeñeiro Xefe do Servizo de Cooperación, mediante informe emitido con data 27 de novembro de 2015, co visto e prace do deputado delegado e debido a necesidade da compra deste produto, solicitou que iniciaran os trámites para a contratación da subministración do gasóleo de automoción clase “A” e de calefacción clase “C” para os distintos centros e servizos da Deputación de Pontevedra. A Xunta de Goberno, na sesión do día 28 de decembro de 2015, adoptou o acordo de aprobación do expediente de contratación e polo mesmo órgano, na sesión do día 22 de xaneiro de 2016, rectificáronse os pregos realizándose nos mesmos a corrección dun erro e a inclusión no contrato da subministración do gasóleo clase “B”. Resultando que o anuncio de licitación se enviou ó Diario Oficial da Unión Europea con data 30 de decembro de 2015 e se publicou no Boletín Oficial do Estado número 26 de data 30 de xaneiro de 2016 e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 9 de 15 de xaneiro de 2016. Rectificados os pregos que rexen a contratación, iniciouse un novo prazo de licitación, cuxo anuncio se enviou ó Diario Oficial da Unión Europea con data 25 de xaneiro de 2016 e se publicou no Boletín Oficial do Estado número 32 de data 6 de febreiro de 2016 e no Boletín Oficial da Provincia número 19 de data 29 de xaneiro de 2016. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 23 de marzo de 2016, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. O día 31 de marzo de 2016, a Mesa de Contratación, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, e polo Sr Secretario informouse ós asistentes ó acto do resultado da cualificación da documentación xeral presentada polas empresas que optaron á adxudicación do devandito procedemento aberto, sendo as seguintes:  Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. (CIF: A-80.298.839).  Compañía Española de Petróleos, S.A.U. (CEPSA) (CIF: A-28.003.119). Seguidamente, procedeuse á apertura do sobre B das empresas admitidas ó procedemento onde se recollen os documentos que se van a valorar mediante fórmulas. O parámetro DELTA ofertado polas empresas licitadoras foi o seguinte: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. (CIF: A-80.298.839) - Gasóleo clase “A”, polo prezo do parámetro DELTA: 0,03825 euros/litro. - Gasóleo clase “B”, polo prezo do parámetro DELTA: 0,04012 euros/litro. - Gasóleo clase “C”, polo prezo do parámetro DELTA: 0,03650 euros/litro. Compañía Española de Petróleos, S.A.U. (CEPSA) (CIF: A-28.003.119) - Gasóleo clase “A”, polo prezo do parámetro DELTA: 0,0355 euros/litro. - Gasóleo clase “B”, polo prezo do parámetro DELTA: 0,0599 euros/litro. - Gasóleo clase “C”, polo prezo do parámetro DELTA: 0,0427euros/litro. Realizadas as valoracións totais, as empresas licitadoras obtiveron a seguinte puntuación: Empresas licitadoras Sobre B Criterios obxectivos (máximo 100 puntos) Total Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. (CIF: A-80.298.839) 100,00 100,00 Compañía Española de Petróleos, S.A.U. (CEPSA) (CIF: A-28.003.119) 64,129 64,129 Reunida a Mesa de Contratación, con data 31 de marzo de 2016 e en base a puntuación total acadada, propón adxudicar a empresa Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. (CIF:A-80.298.839) o acordo marco relativo á subministración de gasóleo clase “A”, para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ao Parque de Maquinaria e grupos electróxenos, gasóleo clase “B” para maquinaria agrícola da Finca Mouriscade e gasóleo clase “C”, para a calefacción de diversos centros e servizos da Deputación de Pontevedra. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2016006136 de data 31 de marzo de 2016, e á vista da puntuación total obtida, requiriuse á empresa Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. (CIF: A-80.298.839) para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o día seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio o emprendedor). Resultando que a citada empresa presentou a documentación requirida entre a que atopa a constitución da garantía definitiva por importe de 14.126,03€, que figura depositada na Tesourería desta Deputación co número de operación 201600051193, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do R.d.l. 3/2014, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o acordo marco para a subministración de gasóleo clase “A”, para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ao Parque de Maquinaria e grupos electróxenos, gasóleo clase “B” para maquinaria agrícola da Finca Mouriscade e gasóleo clase “C”, para a calefacción de diversos centros e servizos da Deputación de Pontevedra á empresa Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. (CIF:A-80.298.839), de acordo ó seguinte detalle: - Parámetro DELTA ofertado  Gasóleo clase “A”, polo prezo do parámetro DELTA: 0,03825 euros/litro.  Gasóleo clase “B”, polo prezo do parámetro DELTA: 0,04012 euros/litro.  Gasóleo clase “C”, polo prezo do parámetro DELTA: 0,03650 euros/litro. O parámetro DELTA calcularase en función da fórmula que se indica a continuación: CIxCDxD+DELTA+II.EE+I.M.+IVA Sendo:  CI: Cotización internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válidas a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza a subministración. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ao venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN).  CD: O valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) en base a medida aritmética da semana anterior en que se realiza a subministración.  D: Densidade do tipo de carburante correspondente.  DELTA: Prima fixa de euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custes de almacenamento, transporte tanto primario como capilar, gastos xerais, etc.  I.I.E.E.: Impostos especiais.  I.M.: Imposto sobre hidrocarburos.  IVA: Valor en cada momento. A todos os efectos, o custe ou orzamento do contrato así como nas ofertas presentadas polos licitadores, entenderanse incluídos non so o prezo, senón tamén os gastos directos e indirectos que a empresa deba realizar para o normal cumprimento das prestacións contratadas, como son os gastos xerais, a execución material, o beneficio industrial, os gastos de transportes, seguros e demais que se produzan ata a entrega da subministración no lugar que a Deputación estableza, o IVE que en calquera caso puidese corresponder, canons e demais tributos que lle sexan de aplicación segundo as disposicións vixentes. - O prazo da subministración será dun máximo de 48 horas desde a confirmación da petición. Trátase dun acordo marco, por tanto as adquisicións que se realicen, derivadas do presente acordo, incluirán a correspondente aprobación do gasto. 2.- A parte que achegará a Deputación de Pontevedra no ano 2016, por importe máximo de 307.336,00€, será financiado de acordo ó seguinte detalle: Centro Tipo de gasóleo Estimación de consumo anual (litros) Importe anual estimado Aplicación orzamentaria Parque de Maquinaria Gasóleo “A” (Vehículos) 240.000 266.400,00€ 456.4530.221.03 Importe máximo anual estimado (IVE e impostos incluídos) 266.400,00€ Imprenta Provincial Gasóleo “C” (Calefacción) 6.000 3.612,00€ 924.9240.221.03 Finca Mouriscade Gasóleo “B” (Maquinaria agrícola) 8.400 5.418,00€ 411.4120.221.03 Gasóleo “A” (Grupo electróxeno) 541 602,00€ Pazo Provincial Gasóleo “C” 25.000 15.050,00€ 920.9200.221.03 Edificio Administrativo Gasóleo “C” (Calefacción) 10.000 6.020,00€ Gasóleo “A” (Grupo electróxeno) 541 602,00€ Sede de Vigo Gasóleo “C” (Calefacción) 1.000 602,00€ 920.9200.221.03 Escola de Canteiros Gasóleo “C” (Calefacción) 5.000 3.010,00€ 324.3243.221.03 Estación Fitopatolóxica de Areeiro Gasóleo “C” (Calefacción) 8.000 4.816,00€ 413.4123.221.03 Sexto Edificio do Museo Gasóleo “A” (Grupo electróxeno) 541 602,00€ 333.3330.221.03 Viveiro de empresas Barro-Meis Gasóleo “A” (Grupo electróxeno) 541 602,00€ 942.4330.221.03 Importe máximo anual estimado (IVE e impostos incluídos) 65.564 40.936,00€ Importe Total (Gasóleo “A” “B” e“C”) Máximo anual estimado (IVE e impostos incluídos) 307.336,00€ As cifras indicadas establécese como valor estimado do contrato e con carácter orientativo e non vinculante, ó non estar definida a contía exacta e total do contrato por depender das adquisicións e entregas efectivas que se produzan en función das necesidades da Deputación durante a vixencia do acordo marco. En tanto o dito importe constituirá o límite máximo do gasto orzamentario para a subministración durante o referido período. A Deputación non está obrigada a esgotar a totalidade do orzamento máximo, quedando limitado o mesmo ó que resulte dos prezos ofertados polo adxudicatario e ó volume efectivo de litros de combustible consumidos. O gasto obxecto do acordo marco para o ano 2017 e 2018 así como 2019 e 2020 en caso de prórroga, quedará condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria anteriormente exposta para facer fronte as obrigas derivadas do contrato. 3.- A duración do contrato será de dous anos a partir da data de formalización do mesmo. O acordo marco poderá ser prorrogado por dous anos máis e deberá acordarse de forma expresa polo órgano de Contratación. 5.24296.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO NÚMERO 11/16 A xefa dos servizos administrativos de Mobilidade informa en data 12/04/2016, que conta co conforme da directora de Mobilidade e do deputado delegado, da necesidade de realizar a seguinte transferencia de crédito entre aplicacións para afrontar os gastos relacionados co cambio de ubicación dos departamentos de topografía e delineación de dito servizo. Aplicacións que minoran crédito: Código Denominación Importe 16/456.4500.216.00 Reparacións m. conservación – equipamento para proceso de información 10.000,00 € Total …………... 10.000,00 € Aplicacións que aumentan crédito: Código Denominación Importe 16/457.4500.622.03 Edificios e outras construcións - Melloras 10.000,00 € Total................... 10.000,00 € Visto o informe de Intervención de data 15/04/2016 no que se informa que a proposta que efectúa a responsable do centro xestor cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto os documento de retención de crédito RC nº operación 201600053590 cuxo crédito minórase. Considerando o establecido nos artigos 179, 180 e concordantes do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, (TRLRHL), os artigos 40, 41, 42 e concordantes do R.d. 500/90, de 20 de abril (R.P.) e as Bases nº 7 e 10 de execución do vixente Orzamento provincial. Considerando que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de crédito pertencente a distintos centros xestores (Base 10ª apdo. 3.b). A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de transferencia de crédito número 11/16 por importe total de 10.000,00 €, minorando crédito nos importes e as aplicacións orzamentarias que se indica e aumentando crédito polos importes e nas aplicacións orzamentarias que se detallan a continuación: Aplicacións que minoran crédito: Código Denominación Importe 16/456.4500.216.00 Reparacións m. conservación –equipamento para proceso de información 10.000,00 € Total…………... 10.000,00 € Aplicacións que aumentan crédito: Código Denominación Importe 16/457.4500.622.03 Edificios e outras construcións - melloras 10.000,00 € Total..................... 10.000,00 € 6.24297.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a)Devolución de garantías definitivas á empresa Estación de Servicios Low Cost 2015, S.L. A empresa Estación de Servicios Low Cost 2015, S.L. (CIF B 94.130.820), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder das obrigas derivadas da “Adxudicación da compra da parcela A-01 do Polígono Industrial Outeda Curro (Barro)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe de devolución emitido polo Técnico-Colaborador do Polígono Industrial Outeda Curro no que igualmente adxunta informe favorable da Intervención e as cartas de pagamento correspondentes á adxudicación de dita parcela. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dous mil catrocentos sete euros con dez céntimos (2.407,10 €), para responder do contrato relativo á “Obrigas derivadas da adxudicación da compra da parcela A-01 do Polígono Industrial Outeda Curro (Barro)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/12/2015, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201500026859, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. b)Devolución de garantías definitivas á empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. A empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. (CIF B 36.477.677), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil cento sesenta e sete euros con dez céntimos (1.167,10 €), para responder do contrato relativo a “Impartición dos cursos de formación incluídos no programa Aquelando 3, lote 6 (2ª Quenda)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300139033. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de sete mil cincocentos cincuenta e sete euros con corenta e sete céntimos (7.557,47 €), para responder do contrato relativo a “Impartición dos cursos de formación incluídos no programa Aquelando 3, lote2 (3ªQuenda)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/07/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400087903. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de cinco mil douscentos setenta e nove euros con vinte e tres céntimos (5.279,23 €), para responder do contrato relativo a “Impartición dos cursos de formación incluídos no programa Aquelando 3, lote 2 (3ª Quenda)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/06/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400084757. c)Devolución de garantías definitivas á UTE Formagal, Formación y Servicios S.L.–IDADES,S.L. A UTE Formagal, Formación y Servicios, S.L. – IDADES, S.L. (CIF U 49.080.454), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato de “Impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto Aquelando 3 “Segunda quenda”, cofinanciado nun 80% polo FSE (Lote 2)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro. polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro. polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de catro mil douscentos trinta e sete euros (4.237,00 €), para responder do contrato relativo a “Impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto Aquelando 3 “Segunda quenda”, cofinanciado nun 80% polo FSE (Lote 2)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300139424. d)Devolución de garantías definitivas á empresa COPCISA, S.A. A empresa COPCISA, S.A. (CIF A 08.190.696), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato de “Acondicionamento do salón de actos da nova Casa Consistorial de Catoira”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de dous mil oitocentos noventa e dous euros con sesenta céntimos (2.892,60 €), para responder do contrato relativo a “Acondicionamento do salón de actos da nova Casa Consistorial (Catoira)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/09/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400112949. e) Devolución de garantías definitivas á empresa Socyser Galicia, S.L. A empresa Socyser Galicia, S.L. (CIF B 94.051.349), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato de “Impartición dos cursos de formación incluídos no programa Aquelando 3 (Segunda quenda), cofinanciado nun 80% polo FSE”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de mil setecentos vinte e cinco euros (1.725,00 €), para responder do contrato relativo a “Impartición dos cursos de formación incluídos no programa Aquelando 3 (Segunda quenda), cofinanciado nun 80% polo FSE”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300142221. f) Devolución de garantías definitivas á empresa Obras y Construcciones Sostenibles, S.L. A empresa Obras y Construcciones Sostenibles, S.L. (CIF B 36.360.501), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato de “Rehabilitación do Pavillón de Deportes de Romai (Portas)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de doce mil trescentos seis euros con corenta e tres céntimos (12.306,43 €), para responder do contrato relativo á “Rehabilitación do Pavillón de Deportes de Romai (Portas)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/11/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200086956. g) Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A.(COVSA) A empresa Construcións, Obras e Viais, S.A.- COVSA (CIF B 36.008.886), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato de “Complexo deportivo Santa Mariña, fase II (Redondela)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de AMTRUST EUROPE, por importe de vinte e dous mil catrocentos corenta e cinco euros (22.445,00 €), para responder do contrato relativo a “Complexo deportivo Santa Mariña, fase II (Redondela)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/12/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300161135. h) Devolución de garantías definitivas á empresa Rafer, S.L. A empresa Rafer, S.L. (CIF B 36.052.702), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato de “Mellora de trazado e rodamento en camiños de Estacas, A Laxe, Calvos e Fornelos (Fornelos de Montes)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de dous mil oitocentos noventa e tres euros (2.893,00 €), para responder do contrato relativo a “Mellora de trazado e rodamento en camiños de Estacas, A Laxe, Calvos e Fornelos (Fornelos de Montes)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/07/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400095945. 7.24298.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS a) Por acordo da Xunta de Goberno de data 28 de decembro de 2015, aprobouse por recoñecemento extraxudicial a certificación nº 1-final da obra: “Xardinería, rego e pluviais da Pousada de Meaño”, levada a cabo pola empresa Oreco S.A. por importe de 39.997,86€. O pagamento dos gastos relativos ós servizos prestados en concepto de dirección de obra realizaríase con cargo ó importe retido ó contratista na respectiva certificación de obra expedida, segundo a taxa aprobada polo Pleno da Deputación pola prestación de servizos facultativos nos obras provinciais, dita cantidade ascende a 6.667,07 €, cantidade que resulta suficiente para facer fronte ó gasto correspondente ós servizos facturados. En data 28 de marzo de 2016, a xefa do servizo de Turismo informa: “Dado que se aprobou en Xunta de Goberno o recoñecemento extraxudicial da obra “Xardinería, rego e pluviais da Pousada de Meaño”, enténdese feito o nomeamento e adxudicación da dirección de obra e dirección de execución, respectivamente a favor de Mario Crecente e Asociados, Consultores S.L.P.U., Beatriz Arca Naveiro e Miguel Barriga García. Por todo o anterior, remitimos informe para tramitar as facturas …. que deberán ser abonadas con cargo á bolsa de vinculación, segundo o establecido nas bases de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra.” En data 8 de abril de 2016, o servizo de Intervención emite informe en relación co pago das facturas de dirección de obra e dirección de execución da citada obra, que deseguido se relacionan: Emisor Nº fact. Data Concepto Importe € IRPF (15%) Liquido percibir Mario Crecente y Asociados Consultores S.L.P.U (B15773609) 12_14 04/07/2014 Dirección obra 3.333,55€ _ 3.333,55€ Beatriz Arca Naveiro (36026654-Y) 51/2014 04/07/2014 Dirección execución obra 1.666,76€ 206,62€ 1.460,14€ Miguel Barriga García (53180584-F) 2014-04 04/07/2014 Dirección execución obra 1.666,76€ 206,62€ 1.460,14€ Total 6.667,07 413,24€ 6.253,83€ En dito informe establece que “non obstante, pese a contar as facturas coa conformidade da responsable do centro xestor, neste caso, da xefa do servizo de Turismo, non consta a existencia de nomeamento ou adxudicación algunha ao seu favor nin autorización previa para a realización do gasto. Polo exposto, a aprobación das facturas requirirá seguir o procedemento de validación do gasto pola Xunta de Goberno”. Considerando o establecido no apartado 17ª.1.b) das bases de execución do vixente orzamento, e no artigo 67 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, 13 de xaneiro. Considerando que a disposición adicional segunda apartado 1 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, faculta a Presidencia a actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato e tendo en conta o disposto no artigo 185.1 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora de facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto do exercicio 2016, concretamente na base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Validar os actos, recoñecer a obriga e o pagamento das facturas, que de seguido se relacionan por importe total de 6.667,07 €, en concepto de dirección da obra e dirección de execución da obra “Xardinería, rego e pluviais da Pousada de Meaño”. Emisor Nº Fact. Data Concepto Importe € IRPF (15%) Liquido percibir Mario crecente y asociados consultores S.L.P.U (b15773609) 12_14 04/07/2014 Dirección obra 3.333,55€ _ 3.333,55€ Beatriz Arca Naveiro (36026654-Y) 51/2014 04/07/2014 Dirección execución obra 1.666,76€ 206,62€ 1.460,14€ Miguel Barriga García (53180584-F) 2014-04 04/07/2014 Dirección execución obra 1.666,76€ 206,62€ 1.460,14€ Total 6.667,07 413,24€ 6.253,83€ O importe de 6.667,07 €, debe librarse con cargo á conta non orzamentaria 419.08(0910), conforme o seguinte detalle: Importe total da factura: 6.667,07€ Descontos IRPF: 413,24€ Total Líquido: 6.253,83€ Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. b) Vista a relación de facturas con número 2016013027, que contén tres facturas e por un importe de 76,56 €, correspondendo as tres á empresa Expenser Vending S.L, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 18 de abril de 2016, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron en exercicios pechados sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 76,56 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 76,56 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. c) Vista a relación de facturas con número 2016013029, que contén tres facturas, por un importe total de 83.391,88 €, correspondendo dúas facturas á empresa Gestión Tributaria Territorial, S.A.U., por importe de 25.831,83€ e 41.285,33€ respectivamente, e unha á empresa Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. por importe de 16.274,72€, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 18 de abril de 2016, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 83.391,88 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 83.391,88 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. d) En data 26 de febreiro de 2013, ten entrada no Rexistro da Deputación Provincial a factura nº 00040738 de 12/02/2013, por importe de 125,42€ emitida por Galaicontrol S.L. (B-36651487) en concepto de traballos de control de calidade realizados na obra: “Depósito de auga en Albeos, Crecente” PID09/00821/2012000007, da que se tramita copia por extravío da orixinal. O pagamento dos gastos relativos ós servizos prestados en concepto de control de calidade das obras ven realizándose con cargo ó importe retido ó contratista nas respectivas certificacións de obras expedidas, segundo a porcentaxe ofertada. A cantidade resultante das retencións practicadas por ese concepto é ingresa no concepto non orzamentario correspondente, efectuándose o pagamento dos honorarios polos servizos prestados con cargo á conta non orzamentaria 419.09(099.129). Neste caso, a cantidade retida resulta suficiente para facer fronte ó gasto correspondente ao control de calidade facturado. Asemade, a factura conta coa conformidade da Xefatura dos servizos técnicos de Mobilidade. En data 12 de abril de 2016, o servizo de Intervención informa: “Dada a súa data de emisión a factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito pola Xunta de Goberno”. Considerando que a disposición adicional segunda apartado 1 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, faculta á Presidencia a actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato e tendo en conta o disposto no artigo 185.1 e 3 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora de facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto do exercicio 2016, concretamente na base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade autorizar o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: Factura nº 00040738 de 12/02/2013, por importe de 125,42€ emitida por Galaicontrol S.L. (B-36651487) en concepto de traballos de control de calidade realizados na obra: “Depósito de auga en Albeos, Crecente” PID09/00821/2012000007. O importe de 125,42 € cargarase á conta non orzamentaria 419.09(099.129). Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 8.24299.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CANGAS CON DESTINO O FINANCIAMENTO DA SUBMINISTRACIÓN “ADQUISICIÓN DE VEHÍCULO VARREDOR PARA LIMPEZA VIARIA E QUAD PARA RECOLLIDA DE LIXO” INCLUÍDO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 (LIÑA 1) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 01/03/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Cangas na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 73.100,00 € con destino ó financiamento da actuación “Adquisición de vehículo varredor para limpeza viaria e quad para recollida de residuos” (Expte.: 20160011464). Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). - Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente:  Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor.  Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención.  Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios.  Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto.  Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do Orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención.  Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan.  Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Conclusións: A solicitude do Concello de Cangas relativa ó financiamento da actuación “Adquisición de vehículo varredor para limpeza viaria e quad para recollida de residuos” foi presentada dentro do prazo recollido na convocatoria do Plan de Concellos 2016, e asemade xunta a documentación precisa para a válida concesión dunha subvención por importe de 73.100,00 €. O obxecto do investimento encádrase, e adecúase dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8ª, á Liña 1, investimentos, tratándose dun subministro relacionado cun servizo básico municipal como é a limpeza viaria. Asemade, o enxeñeiro xefe de cooperación emitiu informe favorable de supervisión da memoria achegada con data 11 de abril de 2016. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, dende o servizo de cooperación infórmase favorablemente o expediente do Concello de Cangas e propoño que lle sexa concedida unha subvención por importe de 73.100,00 € con destino ó financiamento do subministro “Adquisición de vehículo varredor para limpeza viaria e quad para recollida de residuos” (Expte.: 20160011464). A concesión realizarase contra a aplicación 16/942.9425.762.45 do Orzamento provincial para o exercicio 2016. Réxime competencial: En virtude das competencias recollidas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 63 do R.d. 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e nas bases específicas de execución do vixente orzamento a competencia para a concesión da subvención atribúeselle á Xunta de Goberno. Por todo o exposto e á vista do informe de Intervención, de data 13 de abril de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Cangas, CIF.: P3600800A a cantidade de 73.100,00 €, para o financiamento da subministración “Adquisición de vehículo varredor para limpeza viaria e quad para recollida de residuos”. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - A licitación e xustificación desta subministración realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, a subministración deberá estar xustificado na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 9.24300.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE POIO NO PLAN DE CONCELLOS 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “MELLORA SANEAMENTO EN RÚA CONVENTO-CONVENTO SAN XOÁN” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 25/02/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Poio na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 81.882,78 € con destino ó financiamento da actuación “Mellora saneamento en rúa convento-convento San Xoán”, cun orzamento polo mesmo importe. Segundo a certificación do acordo de realización do investimento e solicitude de subvención da Xunta de Goberno do Concello de Poio de 29/02/2016, para a execución da obra precísanse diversas autorizacións sectoriais. A estes afectos, mediante oficio de 04/04/2016 achéganse autorizacións da Axencia Galega de Infraestruturas (Consellería de Infraestruturas e Vivenda) e da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), e informe de viabilidade favorable do organismo Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio). Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente:  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes:  Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma.  Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención.  Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función.  Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención.  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente:  Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor.  Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención.  Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios.  Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto.  Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do Orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención.  Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan.  Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Conclusións: A solicitude do Concello de Poio relativa ó financiamento de actuación “Mellora saneamento en rúa convento-convento San Xoán” foi presentada dentro do prazo recollido na convocatoria do Plan de Concellos 2016, e asemade xunta a documentación precisa para a válida concesión dunha subvención por importe de 81.882,78 €. O obxecto do investimento encádrase, e adecúase dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8ª, á Liña 1, investimentos, tratándose dun investimento municipal executado polo concello dentro do marco das súas competencias. Segundo se desprende da documentación achegada, a execución do investimento precisa de autorizacións sectoriais, para o que o concello, ó abeiro da base 10ª do Plan de Concellos 2016, achegou antes do fin do procedemento de concesión autorizacións da Axencia Galega de Infraestruturas (Consellería de Infraestruturas e Vivenda) e da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), e informe de viabilidade favorable do organismo Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio). Asemade, o Enxeñeiro Xefe do Servizo de Cooperación emitiu en data 08/04/2016, informe favorable de supervisión e control do proxecto técnico descritivo das obras a levar a cabo. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente o expediente do Concello de Poio e propoño que lle sexa concedida unha subvención por importe de 81.882,78 € con destino ó financiamento do investimento “Mellora saneamento en rúa convento-convento San Xoán”, sen prexuízo de que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. A concesión realizarase contra a aplicación 16/942.9425.762.45 do orzamento provincial para o exercicio 2016. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto no artigo 35 da LRBRL, e no artigo 17 do RLXS, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. Tendo en conta o exposto e o informe da intervención provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder unha subvención ó Concello de Poio, NIF: P3604100B, por importe de 81.882,78 €, para a realización do investimento “Mellora saneamento en rúa convento-convento san Xoán” (Expte.: 2016012350) cun orzamento polo mesmo importe, 81.882,78€. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 10.24301.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE POIO NO PLAN DE CONCELLOS 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “MELLORA DE SERVIZOS EN RÚA A RÚA DE COMBARRO” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 25/02/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Poio na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 105.079,33 € con destino ó financiamento da actuación “Mellora de servizos en rúa a rúa de Combarro”, cun orzamento polo mesmo importe. Segundo a certificación do acordo da Xunta de Goberno do Concello de Poio de 29/02/2016 no que se acorda a realización do investimento e a solicitude de subvención, para a execución da obra precísase autorización sectorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para o cal achega copia da resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime Xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente:  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes:  Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma.  Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención.  Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función.  Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención.  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente  Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor.  Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención.  Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios.  Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto.  Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do Orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención.  Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan.  Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Conclusións: A solicitude do Concello de Poio relativa ó financiamento de actuación “Mellora de servizos en rúa a rúa de combarro” foi presentada dentro do prazo recollido na convocatoria do Plan de Concellos 2016, e asemade xunta a documentación precisa para a válida concesión dunha subvención por importe de 105.079,33 €. O obxecto do investimento encádrase, e adecúase dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8ª, á Liña 1, investimentos, tratándose dun investimento municipal executado polo concello dentro do marco das súas competencias. Segundo se desprende da documentación achegada, a realización das obras obxecto do investimento requiren autorización sectorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que o concello solicitou e para o que achega copia da resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. A estes efectos a Base 10ª do Plan de Concellos 2016 prevé que por causas xustificadas non poda presentarse a documentación relativa ás autorizacións sectoriais, que deberá achegarse, de ser posible antes do fin do procedemento de concesión, e en todo caso antes de iniciar o trámite de xustificación. Asemade, o Enxeñeiro Xefe do Servizo de Cooperación emitiu en data 08/04/2016, informe favorable de supervisión e control do proxecto técnico descritivo das obras a levar a cabo. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente o expediente do Concello de Poio e propoño que lle sexa concedida unha subvención por importe de 105.079,33 € con destino ó financiamento do investimento “Mellora de servizos en rúa a rúa de Combarro”, sen prexuízo de que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. A concesión realizarase contra a aplicación 16/942.9425.762.45 do Orzamento provincial para o exercicio 2016. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto no artigo 35 da LRBRL, e no artigo 17 do RLXS, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. Tendo en conta o exposto e o informe da intervención provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder unha subvención ó Concello de Poio, NIF: P3604100B, por importe de 105.079,33 €, para a realización do investimento “Mellora de servizos en rúa a rúa de Combarro” (Expte. 2016012354) cun orzamento polo mesmo importe, 105.079,33 €.  Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto.  Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 11.24302.- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE MOAÑA NA ACTUACIÓN “DESENVOLVEMENTO DO TRANSPORTE METROPOLITANO DE GALICIA NA ÁREA DE VIGO” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 30/12/2014, acordou a aprobación das Bases reguladoras do Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS/15), que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 1, do 02/01/2015. Mediante acordo da Xunta de Goberno núm. 2.23094 de 20/02/2015, concedeuse subvención polo procedemento de concorrencia ó abeiro do PPOS/15, por importe de 35.867,00 € ó Concello de Moaña co obxecto do financiamento da actuación “Desenvolvemento do transporte metropolitano de Galicia na área de Vigo” (Ref.:PPOS/15/00643/201500014). Dita concesión foi publicada no BOPPO núm. 72 do 17/04/2015. En data 19/11/2015 ten entrada no Rexistro Xeral da Deputación, oficio do Concello de Moaña no que se axunta documentación necesaria para a xustificación parcial da subvención concedida a este concello para o desenvolvemento da actuación referida no parágrafo anterior. Xustificación que consiste no pagamento realizado á Xunta de Galicia, en base a un convenio asinado entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con varios concellos da provincia para o desenvolvemento do transporte na área de influencia de Vigo, e correspondente a unha estimación realizada para os 6 primeiros meses, que importou de 23.911,32 €; de feito que o Concello solicita o libramento deste importe a expensas da liquidación definitiva. En data 02/02/2016 mediante resolución presidencial núm. 2016001630 ordenase ó pagamento ó Concello de Moaña do importe de 23.911,32 €. En data 17/03/2016 ten entrada no Rexistro xeral co núm. 2016027770 petición do Concello de Moaña mediante a cal solicita unha prórroga na xustificación da actuación “Desenvolvemento do transporte metropolitano de Galicia na área de Vigo” (Ref.:PPOS/15/00643/201500014) e motiva a mesma no feito que na data actual non consta comunicación da Xunta de Galicia relativa á estimación de gasto pola prestación do servizo para o 4º trimestre do exercicio 2015 en base o cal se efectúa a xustificación da cantidade pendente, é dicir, 11.955,68 €; tendo en conta que esta actuación se financia integramente coa axuda económica da Deputación Fundamentación xurídica: Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais (ROFRJEL). - Bases de execución do Orzamento Provincial. - Bases reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15) aprobadas por acordo do Pleno en sesión celebrada o 30 de decembro de 2014, e publicadas no BOPPO nº 1 de 02/01/2015. Consideracións xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 10ª do PPOS/15, relativa á instrución, procedemento e xustificación, que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. - Base reguladora 16ª do PPOS/15, relativa á xustificación, indica que as actuacións incluídas neste programa deberán xustificadas na súa totalidade o 31/03/2016, para o cal que deberase achegarse a correspondente documentación para a súa comprobación polos servizos de Cooperación e Intervención. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do vixente Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar esta función. Procedencia da prórroga: - Artigo 49 da LRXAP-PAC que regula a ampliación dos prazos nos procedementos administrativos. - Bases 25ª.5ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regula as obrigas dos beneficiarios en relación co disposto no artigo 14 da LXS, de xeito que estes quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se sé estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos. Conclusións: De acordo co que antecede, a regulación da ampliación dos prazos nos procedementos ven contida, con carácter xeral, no artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; lei de aplicación os procedementos de concesión e xustificación de subvencións tal e como se dispón no artigo 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. O artigo 49 dispón que “a Administración, salvo precepto en contrario, poderá conceder de oficio ou a petición dos interesados, unha ampliación dos prazos establecidos, que non exceda da metade dos mesmos, se as circunstancias o aconsellan e con elo non se prexudican dereitos de terceiros”. Do teor literal do precepto en cuestión dedúcese que o lexislador permite a prórroga, pero someténdoa a unha regras estritas, como son que esta terá lugar unha única vez e que non poderá ser superior a metade do prazo inicialmente concedido. Vista que a petición de Moaña se axusta as consideración xurídicas expostas e que coa mesma non se prexudican dereitos de terceiros, dende o servizo de cooperación se informa favorablemente a súa tramitación para que por parte da intervención provincial emita o informe pertinente que autorice a estender o prazo de xustificación da actividade “Desenvolvemento do transporte metropolitano de Galicia na área de Vigo” (Ref.:PPOS/15/00643/201500014) ata o 30/09/2016. Réxime competencial: En virtude das competencias recollidas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 63.2 do R.d. 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e conforme o recollido nas bases de execución do orzamento provincial 2016, esta competencia atribúese á Xunta de Goberno. Tendo en conta o exposto, os fundamentos de dereito de aplicación e á vista do informe de intervención de data 11 de abril de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Moaña unha prórroga na xustificación da actuación “Desenvolvemento do transporte metropolitano de Galicia na area de Vigo” (Ref.:PPOS/15/00643/201500014) ata o 30 de setembro de 2016. 12.24303.- DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DNA. MARÍA LUZ VILLAR FERNÁNDEZ POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 2001 CALVARIO-A GARRIDA (CONCELLO DE VIGO) Dada conta que con data de rexistro 17/08/2015 (Rex. núm. 2015088745) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por Dª Mª Luz Villar Fernández, con enderezo a efectos de notificacións na rúa Ourense nº 2 - 6º B, no Concello de Vigo, por danos en vehículo padecidos a consecuencia da falta de sinalización dunha beirarrúa que sobresae á altura do núm. 139 da estrada de Bembrive, no Concello de Vigo, o día 03/06/2015 e que cuantificou economicamente en 259,04 €. Resultando.- Que na data 15/09/2015 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu na data 16/09/2015 co seguinte contido: “Recibido neste servizo, a solicitude de informe sobre a reclamación formulada pola interesada INFÓRMASE: a) Se a citada estrada pertence á rede provincial: Si, trátase da E.P. 2001 Calvario - La Garrida. b) Se por este servizo se tivo coñecemento do accidente ou doutros acorridos pola mesma causa en datas anteriores ou posteriores: Non se tivo constancia de ningún accidente nese punto. c) Calquera outro extremo que considere de interese: O punto sinalado pola denunciante trátase dun pequeno treito de menos de 40 m, onde coma noutros moitos puntos da estrada provincial, existe zona de aparcadoiro. Ó tomar a curva, como se pode ver na seguinte imaxe obtida do Street View de Google (foto 1), en condicións psicofísicas normais, vese perfectamente a diferenza entre o punto onde remata dita zona de aparcadoiro e o carril polo que debería ir circulando o usuario, xa que se trata dun tramo homoxéneo e facilmente identificable se se traza a curva sen cambios bruscos na dirección do vehículo (sen volantazos) e sen invadir a zona de aparcadoiro, delimitada e ben definida, de menos de 40 m de lonxitude e que se aprecia a simple vista. Nas anteriores fotografías, móstrase o pequeno treito de aparcadoiro obxecto de estudo. Como se pode apreciar na fotografía 2, o treito de aparcadoiro está correctamente delimitado polo bordo e incluso cunha luminaria no inicio do mesmo polo que calquera usuario do vial, repetimos, que conduza en condicións psicofísicas normais e respectando as normas de tráfico, debería percibir que non se trata de parte do carril de circulación, senón dunha zona diferenciada que non se pode invadir circulando á velocidade propia da vía. (Fotografía 3: Vista en planta do treito de aparcadoiro integrado no trazado da estrada). (Fotografía 4: Vista mais achegada do treito de aparcadoiro). Analizadas estas características do treito estudado, conclúese que a situación creada pola denunciante asemella unha falta de atención á estrada e ó seu entorno ou ben outras causas como non dispor das condicións psicofísicas precisas para unha condución segura. Ademais se deberá ter en conta que na data sinalada á hora sinalada, as condicións meteorolóxicas eran favorables, o que non xustificaría a falta de visión periférica do condutor. Xúntase informe meteorolóxico dezminural de Meteogalicia do día 3 de xuño para a estación meteorolóxica mais cercana, Estación de Vigo-Campus. Nos fundamentos de dereito, fan alusión á obrigación da sinalización da natureza e proximidade dun perigo pero, como se pode observar polas características do treito, é totalmente identificable que se trata dunha pequena zona de aparcadoiro, é un elemento ben identificado e que non precisa ser sinalizado como perigo. O que si é preciso é que os usuarios cumpran coas obrigas en materia de seguridade viaria e circulen á velocidade propia da vía, o que neste caso, podería ser unha das causas do incidente”. En Pontevedra, 16 de setembro de 2015 O Director de Infraestruturas Manuel González Juanatey____________________________________________ Resultando.- Que con data 16/09/2015 requiriuse á interesada para subsanación e mellora da solicitude debendo aclarar se circulaba pola zona destinada a aparcamento de vehículos, contestando o día 25/09/2015 o seguinte: “Mi esposo D. José Manuel Fernández Bastos se encontraba circulando por la vía, la cual carece de señalización (…) El órgano requirente deberá indicar a qué zona destinada a aparcamiento de vehículos se refiere pues no existe ninguna señalización en esa vía”. Resultando.- Que mediante Resolución Presidencial de data 12/02/2016, e en virtude do artigo 49.1 da Lei 30/92 foi ampliado o prazo para resolver a solicitude de indemnización presentada, xa que o procedemento se atopaba nese intre dentro do prazo establecido para o período probatorio. Resultando.- Que con data 13/01/2016, e en virtude do artigo 9 do R.d. 429/93, en relación co artigo 80 da Lei 30/92, abriuse o período relativo ós actos de instrución, incluíndo nel o período probatorio, no que o interesado podería propoñer aquelas probas ou actuacións que ó seu dereito conviñeran, a fin de que se puideran practicar aquelas que se xulgasen pertinentes, e debendo aportar a interesada, como acto de instrución practicado de oficio, copia adverada do carné de conducir do condutor do vehículo no memento do sinistro. Na citada resolución admitiuse a proba documental proposta pola interesada e rexeitouse a testifical por irrelevante e superflua. Resultando.- Que na data 25/01/2016 achega escrito co que xunto o carné de conducir do condutor do vehículo. Resultando.- Que mediante Resolución Presidencial de data 19/02/2016 púxose fin ó período probatorio polo transcurso do prazo de trinta días legalmente establecido para o mesmo na data 18/02/2016. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31.1 a) e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, e isto polos seguintes argumentos: 1. Segundo o informado polo Servizo de Infraestruturas na data 16/09/2015, trátase dunha zona de aparcadoiro delimitada, ben definida e totalmente identificable que non precisa ser sinalizada como perigo. O treito atópase correctamente delimitado polo bordo e incluso cunha luminaria no inicio do mesmo que fai que todos os usuarios perciban que non se trata de parte do carril de circulación senón dunha zona diferenciada que non se pode invadir circulando á velocidade propia da vía. 2. O sinistro aconteceu a plena luz do día e con condicións meteorolóxicas favorables que fan difícil que non se poida visualizar dita zona delimitada de aparcadoiro. 3. Segundo sinala a reclamante na súa instancia e nas fotografías aportadas, o tramo indicado se atopa en plena curva, polo que de terse adecuado a condución ás circunstancias da vía, o accidente non se tería producido, o que fai descansar a responsabilidade no condutor do vehículo. Así, segundo recolle o artigo 45 do R.d. 1428/03, de 21 de novembro, que aprobou o Regulamento Xeral de Circulación, “todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, A FIN DE ADECUAR LA VELOCIDAD DE SU VEHÍCULO A LAS MISMAS, DE MANERA QUE SIEMPRE PUEDA DETENERLO DENTRO DE LOS LÍMITES DE SU CAMPO DE VISIÓN Y ANTE CUALQUIER OBSTÁCULO QUE PUEDA PRESENTARSE”. Polo seu lado, a Lei 18/1989, de 25 de xullo, de Bases sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, no artigo 3 da base cuarta recolle o seguinte: “…Los conductores quedarán especialmente obligados a circular de manera diligente…” En idénticos termos se expresa o xa referido R.d. 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación, que no seu articulado recolle: Artigo 3.1 “…Se deberá conducir con la diligencia y preocupación necesarias para evitar todo daño propio o ajeno, cuidando de no poner en peligro, tanto al mismo conductor…” Artigo 18.1: “…El conductor de un vehículo está obligado a mantener su propia libertad de movimientos, el campo necesario de visión y la atención permanente a la conducción, que garanticen su propia seguridad…” Considerando.- Que por todo o exposto, resta atribuír o acaecido unicamente á condución tórpida e desatenta do condutor do vehículo, xa que a zona está delimitada, ben definida e resulta totalmente identificable. Considerando.- Que non houbo mais accidentes pola mesma causa. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1 b) da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referidos á desestimación argumentada da reclamación. Considerando.- Os preceptos invocados e demais de xeral e pertinente aplicación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a solicitude de indemnización. 13.24304.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA NO SERVIZO DE INTERVENCIÓN DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA 2014/2015 Por Acordo nº 14.22923 adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o 19 de decembro de 2014, aprobouse o Plan de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015. Dito plan desenvolveuse en dúas fases, na primeira mediante escrito convocouse ós concellos e ós servizos da deputación a participar no plan, e na segunda fase convocouse e seleccionouse ós bolseiros. No Boletín Oficial da Provincia nº 246, do 22 de decembro de 2014, publicouse a convocatoria e as bases de selección de 198 bolsas de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015, dirixidas a mozos titulados universitarios ou de formación profesional sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Dita convocatoria foi modificada por acordos número 21.23075, 16.23182, 15.23181 e 17.23221 aprobados en Xunta de Goberno de 13 de febreiro, 13 de marzo e 27 de marzo de 2015, por cambio de titulacións solicitadas polos concellos e servizos da Deputación e ampliación do número de bolsas de 198 a 212. Con data 22 de setembro o Servizo de Intervención solicita adxudicación dunha bolsa de licenciados en dereito con cargo ó Plan de práctica laboral na Deputación e concellos das provincia de Pontevedra 2014/2015, e ó crédito sobrante na correspondente aplicación orzamentaria. Por Acordo nº 10.23853 adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 28 de outubro de 2015, adxudicouse unha bolsa que solicitou o servizo de intervención da Deputación de Pontevedra, para licenciados ou graduados en dereito a candidata suplente, Silvia Durán Alfaya, con destino ao servizo de intervención, con efectos do 1 de novembro de 2015 e por seis meses, podendo ser prorrogada por seis meses máis. Na base décima da convocatoria establécese que para tramitar a prórroga é necesario presentar no Rexistro Xeral da Deputación, cun mes de antelación a data prevista da finalización, a memoria do bolseiro ou bolseira sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados é o informe de avaliación da persoa titora no que deberá indicarse si procede ou non a prórroga. Mediante informe de avaliación e a vista da memoria presentada a titora considera que procede prorrogar a bolsa. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 8 de abril, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar a bolsa concedida a Silvia Durán Alfaya no Servizo de Intervención da Deputación de Pontevedra, con efectos de 1 de maio de 2016 ata o 31 de outubro de 2016. A dotación económica da bolsa determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario para os titulados universitarios, o que supón para o ano 2016, un total de 4.800,00 € sendo o custe da seguridade social de 35,24 €/mes por beneficiario, o que supón para o ano 2016, un total de 211,44 €. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 921.2410.481.01/2015_BDPO e 921.2410.160.03/2015. 14.24305.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS, XORNADAS E OUTROS a) Mediante escrito de data 4 de abril de 2016, o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, D. José Antonio Gulías Varela, expón que con data 1 de abril de 2016 a Directora do Centro Escola Fogar, Dna. María Isabel Casal Rivas, presenta na Dirección de Xestión do Centro un escrito no que solicita concédaselle permiso ao condutor do Centro Príncipe Felipe D. José Abelleira Barros, para acompañar ao funcionario D. Adrián Branco Cortegoso, Técnico Auxiliar en Educación Diúrna do Centro Escola Fogar, para realizar unha viaxe xunto co menor Mourad Mhijir (tutelado pola Consellería de Traballo e Benestar), ó Consulado Marroquí en Bilbao, con motivo de legalizar a situación do menor. A solicitude é informada favorablemente o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe e conformada pola Deputada Dna. Eva Villaverde Pego. Dita viaxe realizarase en vehículo oficial o próximo día 5 de abril de 2016 ás 00:00 h., regresando o mesmo día, unha vez finalizados os trámites pertinentes. Os gastos ocasionados supoñen un importe total de 28,21 €, imputándose á aplicación orzamentaria 16/232.2312.230.20, desagregados da seguinte maneira: Dietas: (Saída día 05/04/2016 ás 00:00 h e regreso o mesmo día ó finalizar os trámites) CONCEPTO TOTAL PARTIDA Dieta (100% manutención–Grupo III) Día 5 de abril de 2016 28,21 € 16/232.2312.230.20 Total gastos dietas …… 28,21 € 16/232.2312.230.20 Normativa aplicable: 1) R.d. 462/2002, do 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo. 2) Orde do 8 de novembro de 1994, sobre xustificación das Indemnizacións por Razón do Servizo dos funcionarios públicos. 3) Bases de aplicación de retribucións do Orzamento provincial e IV Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra. 4) Artigo 67.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. 5) Artigo 61.12 do ROF. e artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, polas que se atribúen á Presidencia a competencia nesta materia. 6) Resolución da Presidencia de data 22/07/2015 pola que se delega no Deputado as competencias en materia de persoal. Conclusión: En base ós feitos e consideracións normativas citadas anteriormente, e ó amparo do previsto no artigo 67.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar e autorizar o desprazamento do traballador D. José Abelleira Barros, así como o aboo dos gastos ocasionados, por razón de servizo, que ascenden a un importe total de 28,21 € e imputaranse á aplicación orzamentaria 16/232.2312.230.20. Unha vez finalizado a viaxe, o interesado deberá presentar no Servizo de Recursos Humanos e Formación, no prazo de 10 días hábiles, a conta xustificativa de gastos para a correspondente tramitación do expediente, co obxecto de que se lle abonen os gastos que se puidesen xerar en concepto de desprazamento, aloxamento e manutención, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde do 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. b) Mediante escrito de data 4 de abril de 2016, o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, D. José Antonio Gulías Varela, expón que con data 1 de abril de 2016 a Directora do Centro Escola Fogar, Dna. María Isabel Casal Rivas, presenta na Dirección de Xestión do Centro un escrito no que solicita concédaselle permiso ó funcionario D. Adrián Branco Cortegoso, Técnico Auxiliar en Educación Diúrna do Centro Escola Fogar, para realizar unha viaxe xunto co menor Mourad Mhijir (tutelado pola Consellería de Traballo e Benestar), ó Consulado Marroquí en Bilbao, con motivo de legalizar a situación do menor. A solicitude é informada favorablemente o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe e conformada pola Deputada Dna. Eva Villaverde Pego. Devandita viaxe realizarase en vehículo oficial o próximo día 5 de abril de 2016 ás 00:00 h., regresando o mesmo día, unha vez finalizados os trámites pertinentes. Os gastos ocasionados supoñen un importe total de 28,21 €, imputándose á aplicación orzamentaria 16/232.2312.230.20, desagregados da seguinte maneira: Dietas: (Saída día 05/04/2016 ás 00:00 h. e regreso o mesmo día ó finalizar os trámites) CONCEPTO TOTAL PARTIDA Dieta (100% manutención – Grupo III) Día 05 de abril de 2016 28,21 € 16/232.2312.230.20 Total gastos dietas…… 28,21 € 16/232.2312.230.20 Normativa aplicable: 1) R.d. 462/2002, do 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo. 2) Orde do 8 de novembro de 1994, sobre xustificación das Indemnizacións por Razón do Servizo dos funcionarios públicos. 3) Bases de aplicación de retribucións do orzamento Provincial e IV Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra. 4) Artigo 67.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. 5) Artigo 61.12 do R.O.F. e artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, polas que se atribúen á Presidencia a competencia nesta materia. 6) Resolución da Presidencia de data 22/07/2015 pola que se delega no Deputado as competencias en materia de persoal. Conclusión: En base ós feitos e consideracións normativas citadas anteriormente, e ó amparo do previsto no artigo 67.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar e autorizar o desprazamento do traballador D. Adrián Blanco Cortegoso, así como o aboo dos gastos ocasionados, por razón de servizo, que ascenden a un importe total de 28,21 € e imputaranse á aplicación orzamentaria 16/232.2312.230.20. Unha vez finalizado a viaxe, o interesado deberá presentar no Servizo de Recursos Humanos e Formación, no prazo de 10 días hábiles, a conta xustificativa de gastos para a correspondente tramitación do expediente, co obxecto de que se lle abonen os gastos que se puidesen xerar en concepto de desprazamento, aloxamento e manutención, conforme ao disposto no apartado 2.2.1 da Orde do 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. c) Mediante escrito de data 31 de marzo de 2016, número de rexistro de entrada 2016032777, a Xefa de Servizo de Turismo, expón que “(…) O 17 de decembro de 2015, o Ministerio de Fomento anunciou a licitación do –Concurso de proxectos con intervención de xurado, para as obras de restauración e musealización dos xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra-, publicado no BOE nº 305 de 22 de decembro. O punto 14 do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, contempla a composición do xurado, entre os que se atopa un representante experto na materia, designado pola Deputación de Pontevedra. O 15 de febreiro de 2016, a Presidenta propón a D. Rafael María Rodríguez Martínez, Arqueólogo, polo que solicitase autorización para que o mesmo asista en Comisión de Servizos, como membro de dito Xurado, a Madrid, entre os días 28 de marzo ó 31 de marzo de 2016, co aboo dos gastos xerados en concepto de axudas de desprazamento e de custo que se xeren (…)” A solicitude e informada favorablemente polas Xefas de Servizo de Turismo e Mobilidade e polos Deputados Delegados de Turismo, e de Economía, Facenda e Réxime Interior. A previsión de gastos, tendo en conta que a reunión celebrouse o 29 de marzo de 2016, as 11:00 horas, e que podería alargarse un día máis en función do proceso de toma de decisións do Xurado, é a seguinte: Previsión: Saída 28/03/2016 ás 16:00 horas, regreso 31/03/2016 ás 16:00 horas. DESPRAZAMENTOS IMPORTE Vehículo particular 1.300 km x 0,19 € 247,00€ Peaxe autoestrada 31,90 € Desprazamentos destino Taxi-Metro 100,00 € Subtotal 378,90 € AXUDAS CUSTO 2 Axudas manutención días 29 é 30 marzo ( 37,40 x 2) 74,80 € 2 ½ manutención días 28 é 31 marzo (18,70 x 2) 37,40 € Subtotal 112,20 € Non se tramitou o expediente con antelación suficiente, polo que procede a súa validación. Normativa aplicable: - Articulo 67 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común (LRJ-PAC). - Real decreto 462/2002 do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. - Orde do 8 de novembro de 1994, sobre xustificación de indemnizacións por razón do servizo. - Orzamento provincial. Bases de aplicación de retribucións 2016. Conclusión: De acordo co exposto, e en base á normativa citada, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expediente e autorizar o desprazamento de D. Rafael María Rodríguez Martínez, Arqueólogo da Deputación de Pontevedra, por asistir, en Comisión de Servizos, como Xurado do concurso de proxectos para as obras de restauración e musealización dos xacementos galaico romanos da provincia de Pontevedra, á reunión celebrada o día 29 de marzo de 2016, trasladándose a Madrid en vehículo particular o día 28 e regresando o día 31 de marzo de 2016, co dos gastos xerados, de acordo coa seguinte previsión: DESPRAZAMENTOS IMPORTE Vehículo particular 1.300 km x 0,19 € 247,00 € Peaxe autoestrada 31,90 € Desprazamentos destino Taxi-Metro 100,00 € Subtotal 378,90 € AXUDAS CUSTO 2 Axudas manutención días 29 é 30 marzo ( 37,40 x 2) 74,80 € 2 ½ manutención días 28 é 31 marzo (18,70 x 2) 37,40 € Subtotal 112,20 € Ditas cantidades imputaranse ás seguintes aplicación orzamentarias: - Desprazamento: 378,90 €. Aplicación: 16/433.3361.231.20 - Axudas de Custo: 112,20 €. Aplicación: 16/433.3361.230.20 De acordo co informe emitido por Intervención, de data 8 de abril de 2016, nas aplicacións propostas para imputar o gasto existe crédito dispoñible para os importes citados, quedando retido a tal fin por medio de documentos RC nº 201600050385 e RC nº201600050387. 15.24306.- AMPLIACIÓN A DOCE O NÚMERO DE BOLSAS DE PRÁCTICAS LABORAIS PARA MESTRES COMPOSTEIROS NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Por acordo nº 17.23816 adoptado na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, celebrada o 9 de outubro de 2015, aprobouse a convocatoria de 10 bolsas de práctica laboral para Mestres Composteiros, destinadas a persoas desempregadas coa finalidade de completar a súa formación na área de xestión dos residuos orgánicos de orixe doméstico cara á súa incorporación ó mercado laboral, que foi publicada no Boletín Oficial da Provincia, número 198 de data 14 de outubro de 2015. Estas bolsas terán unha duración de seis meses, prorrogables por outros seis, a vista do informe favorable do técnico responsable do Servizo e por acordo da Xunta de Goberno. O importe das bolsas será de 1.400,00 €/mes, cantidade que inclúe todos os gastos derivados de desprazamentos, dietas e outros. Dita cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. O custo total estimado ascende a 172.228,80 €, segundo se detalla no seguinte cadro, e que se afrontará con cargo á aplicación orzamentaria 2016/410.1623.481.01 e as súas vinculacións dentro do programa composteiros do vixente Orzamento provincial. Bolsas Importe Seg. Social Total Nº Duración Total Mestre composteiro 1.400,00 € 35.24€ 1.435,24 € 10 12 meses 172.228,80€ A selección dos bolseiros levouse a cabo en tres fases, de carácter obrigatorio e eliminatorio: - Primeira fase: exercicio tipo test de 100 preguntas sobre a xestión de residuos e que será valorado de cero a 100 puntos. - Segunda fase: Entrevista persoal, sobre o seu currículo, obxectivos profesionais, dispoñibilidade, etc., que será valorada de cero a 20 puntos. - Terceira fase: Curso de formación de mestre composteiro, cunha duración de 180 horas, no que participaron ós 20 aspirantes que obtiveron a maior puntuación total sumadas as outorgadas na primeira e segunda fase. Con de data 13 de abril de 2016 o xefe de servizo de Asistencia Intermunicipal, interesa a ampliación do número de bolsas de prácticas laborais de Mestres Composteiros de 10 a 12, unha vez levadas a cabo as distintas fases do proceso de selección, no que foron finalmente 18 os aspirantes que o superaron, e fundamentado na alta cualificación, preparación, rendemento, ademais dun especial interese nas distintas prácticas feitas ó longo do curso, e dado que a necesidade de levar un control exhaustivo das máis de 200 unidades modulares de compostaxe, que formará os inmediatos 60 centros nos 23 concellos adheridos ata o de agora ó Plan Compost, faise necesario ampliar en dúas as 10 bolsas de práctica laboral para Mestres Composteiros previstas inicialmente. Tendo en conta que o importe das bolsas é de 1.400,00 €/mes, e que a súa duración é de seis meses, prorrogables por outros seis, o custo total estimado da ampliación ascendería a 34.445,76 €, segundo o seguinte detalle: Bolsas Importe Seg. Social Total Nº Duración Total Mestre composteiro 1.400,00 € 35.24€ 1.435,24 € 2 12 meses 34.445,76 € Dito importe poderá afrontarse con cargo á aplicación 2016/410.1623.481.01 e as súas vinculacións dentro do programa composteiros do vixente Orzamento provincial. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin cos Concellos nos que se van a desenvolver as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial. Consideracións legais: 1º.- Esta iniciativa provincial enmarcase no ámbito competencial que a lexislación vixente en materia de réxime local lle atribúe á Deputación en materia de residuos, de acordo co disposto nos artigos 26.2.a) e 36.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, na redacción dada pola Lei 27/2013, de 13 de decembro, de Racionalización e Sostinibilidade da Administración Local. 2º.- Nesa mesma liña, o artigo 6 da Lei 10/2008, de residuos de Galicia, atribúe ás Deputacións competencia para adoptar as medidas oportunas para asegurar, conforme ao establecido na lexislación vixente en materia de administracións locais, a colaboración precisa aos concellos na prestación do servizo de recollida e xestión de residuos urbanos, incluíndo estes servizos como de carácter preferente nos plans provinciais de obras e servizos. 3º.- Tamén o artigo 30 do Texto Refundido das Disposicións Legais Vixentes en materia de Réxime Local, aprobado polo R.d.l. 781/1986, de 18 de abril, establece que a Deputación cooperará á efectividade dos servizos municipais, preferentemente dos obrigatorios, aplicando a tal fin os medios económicos propios desta que se asignen ou as subvencións ou axudas de calquera outra procedencia. 4º.- A convocatoria das bolsas, a selección dos beneficiarios e a realización dos traballos que dan dereito ás mesmas axustaranse ó previsto nas bases, ó disposto no capítulo II da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e a Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. 5º.- En aplicación do sinalado no R.d. 1493/2011, de 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no Réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen nos programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, de 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social, na valoración económica das bolsas contemplase a cotización dos beneficiarios das mesmas, ó quedar asimilados a traballadores por conta allea, a efectos da súa inclusión no Réxime xeral da Seguridade Social. 6º.- Por acordo do Pleno de data 23 de xuño de 1983, delegase na Comisión de Goberno o desenvolvemento das Bases que rexen a concesión das distintas bolsas consonte os principios establecidos polo Pleno, a súa adxudicación e prórroga, de selo o caso. Conclusión: Por todo o exposto, considerando o informe de intervención de data de 18 de abril, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a ampliación de 10 a 12 o número das bolsas de práctica laboral para Mestres Composteiros nos termos expostos. 16.24307.- ADXUDICACIÓN DAS BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA MESTRES COMPOSTEIROS NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Por acordo nº 17.23816 adoptado na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, celebrada o 9 de outubro de 2015, aprobouse a convocatoria de 10 bolsas de práctica laboral para Mestres Composteiros, destinadas a persoas desempregadas coa finalidade de completar a súa formación na área de xestión dos residuos orgánicos de orixe doméstico cara á súa incorporación ó mercado laboral, que foi publicada no Boletín Oficial da Provincia, número 198 de data 14 de outubro de 2015. A selección dos bolseiros levouse a cabo en tres fases, de carácter obrigatorio e eliminatorio: - Primeira fase: exercicio tipo test de 100 preguntas sobre a xestión de residuos e que será valorado de cero a 100 puntos. - Segunda fase: entrevista persoal, sobre o seu currículo, obxectivos profesionais, dispoñibilidade, etc., que será valorada de cero a 20 puntos. - Terceira fase: curso de formación de mestre composteiro, cunha duración de 180 horas, no que participaron ós 20 aspirantes que obtiveron a maior puntuación total sumadas as outorgadas na primeira e segunda fase. Finalizado o proceso de selección a comisión seleccionadora propón a adxudicación das bolsas de Mestres Composteiros a: Nº Apelido 1 Apelido 2 Nome Nota final 1 Lobelle Varela Mariña 15,87 2 Rúa Piñeiro Sofía 15,13 3 Pousada Capón Gonzalo Juan 15,05 4 Vázquez García Noemí 14,89 5 Vilariño Pájaro Francisco Javier 14,81 6 Alfonsín Moraña Estefanía 14,44 7 Pazó Calderón Ana 14,41 8 Vidal Portela Agustín 13,80 9 Iglesias Rodríguez Jesús 13,64 10 Fernández Lorenzo Beatriz 13,60 O resto dos participantes que superaron o curso de formación pasarán a formar parte dunha lista de reserva para os casos de posible ampliación do número das bolsas (existe unha proposta de ampliación das bolsas ata 12), renuncia, incumprimento de obrigas, incapacidade sobrevida ou calquera outra causa que implique a perda da condición de bolseiro dos aspirantes elixidos, na seguinte orde establecida en función da puntuación obtida no curso de formación: Nº Apelido 1 Apelido 2 Nome Nota Final 11 Pintos González Manuel Enrique 13,33 12 Pintos Estévez Carlos Manuel 13,26 13 Murillo Castro Ana 12,77 14 Silva Gondar Carlos 12,30 15 Gómez Estévez Manuel 12,10 16 Santos Ucha Paula 11,62 17 Villar Mosquera Eva María 11,40 18 Alves Comesaña David 10,01 Posteriormente, ampliouse de 10 a 12 o número de bolsas de prácticas laborais para Mestres Composteiros na Deputación de Pontevedra. Polo exposto, considerando a proposta da Comisión seleccionadora e o acordo de ampliación a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar as bolsas convocadas aos 10 aspirantes titulares e os 2 primeiros suplentes que se relacionan no anexo I, tal e como se detalla, con efectos 1 de maio de 2016 e por un período de 6 meses, podendo ser prorrogadas por outros 6 por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula décima das bases e sempre que exista dotación orzamentaria. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin de servizos coa Deputación de Pontevedra nin cos Concellos nos que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vencello con este organismo provincial nin cos demais centros de destino. A dotación económica das bolsas imputarase á aplicación orzamentaria 2016/410.1623.481.01 e as súas vinculacións dentro do programa de composteiros do vixente orzamento provincial. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, así como na orde pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para este ano 2016. Cun mes de antelación á data prevista de finalización da bolsa, o responsable do Servizo ou Centro do que dependan os bolseiros poderá solicitar, se procede, a prórroga á vista da memoria do bolseiro sobre o conxunto dos traballos realizados (especificando obxectivos conseguidos, metodoloxía empregada e principais resultados dos estudos practicados) e do informe de avaliación e proposta do titor. 17.24308.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DOS “PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN 2015” 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado cualificador dos Premios Provinciais á Investigación – 2015 despois da reunión mantida o pasado 14 de abril e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN 2015 Na sala de xuntas desta Deputación provincial, ás 10:00 horas do 14 de abril de 2016, reúnese o xurado cualificador dos Premios Provinciais á Investigación 2015, presidido por Xosé Leal Fariña, deputado delegado de Cultura, e os vogais Luis Ortiz Torres, Josefina Garrido González, Ángeles Parrilla Latas e Óscar Rubiños López, en representación da Universidade de Vigo; Rosana Malvar Pintos, en representación da Misión Biolóxica de Galicia; Beatriz Rodríguez López, en representación da UNED-Centro Asociado de Pontevedra; Antonio Ballester Álvarez-Pardiñas, en representación da Real Academia Galega de Ciencias; Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo Provincial de Pontevedra; Miguel Ángel Piñón Cimadevila, director da Escola de Enfermería; Mª Carmen Baloira Duro, xefa de negociado do Servizo de Cultura e actuando como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura. Co obxectivo de seleccionar os traballos presentados ós Premios convocados, previa deliberación e informe por parte dos membros do xurado, acórdase a concesión dos seguintes premios: Apelidos e nome DNI Título • Ciencias e Tecnoloxía. 3.000,00 € Sestelo Pérez, Marta Martínez Villanueva, Nora Roca Pardiñas, Javier 76998300G 53179846M 77592181W Nuevas aportaciones a la gestión de los recursos marinos mediante el uso de modelos de regresión no paramétricos • Humanidades e Ciencias Sociais. 3.000,00 € Presas García, Antonio 76798889A Estado de conservación dos castros da comarca do Deza • Provincia de Pontevedra. 3.000,00 € Verea Castelo, María de los Ángeles 33261502Y Cabaqueiros nos reais arsenais. Ferrol como principal destino dos “maestros texeros” do Baixo Miño (1750 -1850) Premio Carmela Arias Díaz de Rábago. 3.000,00 € Declarado deserto • Novos investigadores: Novas Tecnoloxías. 2.000,00 € Pérez Diéguez, Adrián 77419839E Paralelización y modificación del algoritmo de lustering k-means en GPUs para el conteo eficiente de células somáticas en lácteos • Novos investigadores: Humanidades e Ciencias Sociais. 2.000 € Enríquez Méndez, Jorge 35574908A Arquitectura comunitaria como transformadora de procesos sociales. El caso de “A Fraga” • Teses de doutoramento: Ciencias e Tecnoloxía. 2.000,00 € Sotelo Pérez, Tamara 53119128F Brassica oleracea como fuente de compuestos biosaludables: aproximación genética Justo Cousiño, Lorenzo Antonio 76821334T Efectos de la isatina sobre la neurotransmisión dopaminérgica en el núcleo estriado. Un estudio in vivo mediante microdiálisis cerebral. • Teses de doutoramento: Humanidades e Ciencias Sociais. 2.000,00 € Dúo Rámila, Diana 50734691A Plateros portugueses en Galicia. El taller de los Cedeira (1542 – 1667) Barros Presas, Nuria 77409387N La vida musical en la provincia de Pontevedra (1878 – 1903) Gegúndez López, Carlos 33336997S Canitrot e o sistema literario galego no tránsito de século. Un proxecto didáctico entre o humanismo e a estética galega Na modalidade de: Humanidades e Ciencias Sociais o xurado acorda non valorar o traballo presentado baixo o lema Tareas de crianza femenina: análisis y propuesta de formación co título “Tareas de crianza femenina: análisis y propuesta de formación” por non reunir os requisitos establecidos nas bases. Así mesmo, e en atención á resolución declarada deserta na modalidade de:“Premio Carmela Arias Díaz de Rábago”, este xurado propón a concesión da totalidade dos premios na modalidade de: teses de doutoramento: Humanidades e Ciencias Sociais, a cantidade de 2.000,00 € a cada un dos premiados. E, non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, ás 11:30 horas do mencionado día, do que eu, como secretario dou fe.” 2.- Ditas axudas achegaranse con cargo á aplicación 16/330.3340.481.01 do Orzamento provincial. 18.24309.- RECTIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 7.24258 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 08/04/2015, EN RELACIÓN COAS BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2016 EN EMPRESAS, CORPORACIÓNS SECTORIAIS E ORGANIZACIÓNS NON GOBERNAMENTAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Conforme o establecido no art. 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a rectificación das bases que regulan a convocatoria do Plan de práctica laboral da Deputación de Pontevedra 2016 en empresas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra, aprobadas por acordo nº7.24258 adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 8 de abril de 2016, no senso de engadir o seguinte punto: “Sétima. Devolución da documentación: Transcorridos seis meses desde o final do proceso de selección dos bolseiros, a documentación presentada, excepto a instancia, será destruída, polo que se lles recomenda ó interesados que a retiren no referido prazo.” 19.24310.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 20.24311.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición