ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2016/07/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.839/1.2016-07-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2016/07/29_Ordinaria

  • Data(s) 2016 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 74 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas do día vinte e nove de xullo do ano dous mil dezaseis, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.24654.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das sesións ordinarias dos días 15 e 22 de xullo de 2016, respectivamente. 2.24655.- ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DO CONTRATO DE EXECUCIÓN DA OBRA“REFORMA DE VESTIARIOS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DO IES DE BEADE (VIGO)” (Expte. nº2015029708) Dada conta que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 02/07/2015 acordou aprobar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co obxecto de proceder á execución das obras de mellora nas instalación deportivas do IES de Beade-Vigo. Resultando.- Que por Resolución Presidencial número 2015026135 de data 12/11/2015 aprobouse o expediente para a contratación mediante procedemento aberto da execución da obra “Reforma de vestiarios do pavillón polideportivo do IES de Beade (Vigo)”, cun orzamento de 123.957,12 € mais a cantidade de 26.031,00 € correspondente ó IVE. Resultando.- Que o día 23 de decembro de 2015, se constituíu a Mesa de Contratación procedendo ó estudio da documentación administrativa contida nos sobres “A”, admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando.- Que o día 30 de decembro de 2015 este mesmo órgano en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como admitidas, procedendo á apertura dos sobres B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios no avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do RD 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de Contratos do Sector Público. Resultando.- Que o día 15/06/2016, deuse a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa, e procedeuse á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtiveron unha valoración superior a 20 puntos sobre os criterios no avaliables mediante fórmulas, co seguinte resultado: LICITADOR PUNTUACIÓN SOBRE “B” OFERTA Construcciones Abal, S.A. 37,10 108.665,91 Obras y Servicios, Gomez Crespo, S.L. 37,10 117.424,00 Construcciones Orega, S.L. 30,65 115.490,85 Construcciones Fechi, S.L.U. 30,50 122.642,58 Construcciones Villa y Sambade, S.L. 30,20 117.994,00 Obras y Viales de Galicia, S.L. 29,05 108.611,57 Desarrolla, Obras y Servicios, S.L. 28,10 122.700,00 Construccions, Obras e Viais, S.A. 26,00 123.057,85 Prace, Servicios, y Obras, S.A. 25,85 113.420,77 Movimiento de Aridos y Construc-Ciones de Arosa,S.L. 25,10 118.267,49 Narom, S.L. 22,10 102.314,21 Quedando excluídas, por non acadar 20 puntos na valoración técnica, as ofertas presentadas por Canalis Soluciones Tecnológicas, S.L.U. (18,55 puntos), Empresa Constructora Nortemar, S.L. (18,35 puntos), Excavaciones y Construcciones Melchor, S.L. (17,20 puntos), Grupo Antolin Instalaciones, S.L. (9,60 puntos), Sport Equipalia, S.L. (10,50 puntos) e Terrauga, Proyectos y Obras, S.L. (17,85 puntos). Resultando.- Que valoradas as ofertas, de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento, compróbase que as presentadas por Construcciones Abal, S.A., Obras y Viales de Galicia, S.L. (Oviga) e Narom, S.L. conteñen valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo total ofertado, polo que a Mesa de Contratación acordou requirir a ditas empresas para que, no prazo improrrogable de cinco días hábiles, xustificaran as ofertas e precisaran as condicións das mesma, en particular no referente ó aforro económico, solucións técnicas adoptadas e condicións excepcionalmente favorables de que dispuxeran para a execución do contrato. Resultando.- Que transcorrido o prazo establecido só presentou xustificación da súa oferta a empresa Obras y Viales de Galicia, S.L. (OVIGA), emitíndose polo Servizo de Arquitectura informe no que se pon de manifesto que debe destacarse: “…Como datos obxectivos que a situación da obra é no concello de Vigo (Pontevedra) e as dependencias da empresa atópanse no concello de Oroso (A Coruña), polo que a proximidade xeográfica non sería un dato a ter en conta na redución de custes. En canto á redución das marxes de beneficio por razón de mercado, a empresa non especifica como acada a redución de ditas marxes. A empresa fai mención da experiencia en obras similares como factor que lle permite reducir os custos, pero non achega relación de obras realizadas ou documentación que avale esta afirmación. Polo que non se considera debidamente xustificada a oferta económica presentada por OVIGA, ofertando unha baixa do 12,38 %, que se considera demasiado axustada. Na oferta a empresa incorre nunha baixa 5,56 puntos superior á media das ofertas presentadas que é do 6,82 %...” Resultando.- Que dado que Construcciones Abal, S.A. e Narom, S.L. non presentaron xustificación das súas ofertas no prazo establecido, e que a presentada por Obras y Viales de Galicia, S.L. non se considera debidamente xustificada, de acordo co referido informe técnico, a Mesa acorda descartar ditas ofertas, formulando proposta de adxudicación a favor da empresa Obras y Servicios Gomez Crespo, S.L. (CIF B-32.021.487), que acada a máxima puntuación valoradas as ofertas segundo o establecido no prego de condicións administrativas que rexe no procedemento, de acordo coa seguinte puntuación: Licitador Puntuación Sobre B Puntuación Sobre C Puntuación Total Obras y Servicios, Gomez Crespo, S.L. 37,10 50,579 87.679 Construcciones Orega, S.L. 30,65 53,379 84,029 Prace, Servicios, y Obras, S.A. 25,85 55,000 80,850 Construcciones Villa y Sambade, S.L. 30,20 49,746 79,946 Movimiento de Aridos y Construcciones de Arosa, S.L. 25,10 48,610 73,710 Construcciones Fechi, S.L.U. 30,50 11,654 42,154 Desarrolla, Obras y Servicios,S.L. 28,10 11,169 39,269 Construccions, Obras e Viais,S.A. 26,00 8,146 34,146 Resultando.- Que por Resolución Presidencial número 2016013376 requiriuse a Obras y Servicios Gomez Crespo, S.L. para que presentara a documentación xustificativa de estar ó corrente nas súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que comprometeu dedicar ou adscribir á execución da obra, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5,00 % do orzamento de adxudicación excluído ó IVE, así como proceder ó ingreso na Tesourería da Deputación da cantidade de 91,45 € correspondente ós gastos de publicación do anuncio de licitación no BOP. Resultando.- Que Obras y Servicios Gomez Crespo, S.L., atendendo ó requirimento presentou a documentación requirida, así como a garantía definitiva por importe de 5.871,20 € segundo acredita mediante carta de pago nº 201600107620, de data 19/07/2016, e que ingresou a cantidade de 91,45 € correspondente á publicación do anuncio do procedemento no BOP. Considerando.- O establecido nos pregos de prescricións económico-administrativas que rexeron esta contratación. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do TRLCSP faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Excluír, por non acadar 20 puntos na valoración técnica, as ofertas presentadas por Canalis Soluciones Tecnologicas, S.L.U. (18,55 puntos), Empresa Constructora Nortemar, S.L. (18,35 puntos), Excavaciones y Construcciones Melchor, S.L. (17,20 puntos), Grupo Antolin Instalaciones, S.L. (9,60 puntos), Sport Equipalia, S.L. (10,50 puntos) e Terrauga, Proyectos y Obras, S.L. (17,85 puntos). 2.- Excluír as ofertas de Construcciones Abal, S.A. e Narom, S.L. por non xustificar ás súas ofertas que se considera incorren en baixa temeraria, así como a de Obras y Viales de Galicia,S.L. ó non considerar suficientemente xustificada á súa oferta que incorre, igualmente, en baixa temeraria. 3.- Adxudicar o contrato de execución da obra “Reforma de vestiarios do Pavillón Polideportivo do IES de Beade (Vigo)” a favor de Obras y Servicios Gomez Crespo, S.L. (CIF B-32021487), con arranxo ó seguinte detalle: Importe, sen IVE 117.424,00 € IVE 24.659,04 € Importe total 142.083,04 € Prazo de execución Un mes 3.24656.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN INTEGRAL DO CENTRO CASTRODEZA (GASTRODEZA): LENDAS, CASTROS E GASTRONOMÍA, COFINANCIADO CON FONDOS FEDER (Expte. nº2016014466) A Deputación de Pontevedra creou o Centro CastroDeza (Gastrodeza): lendas, castros e gastronomía que está localizado en Lalín, no marco do proxecto depoDeza cofinanciado con fondos FEDER segundo a resolución de 22 de xuño de 2011 da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial que resolveu concederlle financiamento ó proxecto. A dinamización económica constitúe o obxectivo que perseguiu a Deputación de Pontevedra mediante o desenvolvemento do Proxecto depoDeza. Está orientado á posta en valor dos recursos endóxenos da comarca mediante o desenvolvemento de actuacións que interveñen, de forma conxunta, sobre aspectos ambientais, sociais e económicos. A finalidade do proxecto depoDeza: “Dinamización Económica da Comarca de Deza” é cohesionar o territorio da comarca a través do aproveitamento dos seus recursos endóxenos, promovendo o desenvolvemento socioeconómico equilibrado e sostible. As accións que se levaron a cabo son: 1. Inventario e estudo da cultura castrexa: recollida de información de campo, xestión de información e desenvolvemento dun módulo de visualización virtual en 3D. 2. Posta en valor da cultura castrexa: creación dun centro de xestión do coñecemento arqueolóxico e un centro virtual da cultura castrexa (Salas de arqueoloxía do Museo de Pontevedra e Castrodeza (Gastrodeza): lendas, castros e gastronomía), revitalización dos camiños castrexos e campañas e obradoiros de sensibilización cultural. 3. Dinamización do sector gastronómico: potenciación da imaxe dos produtos gastronómicos da Comarca, internacionalización da “Feira do Cocido de Lalín” e establecer unha rede gastronómica do Deza. 4. Mellora da calidade dos produtos: dotación de equipamento e contido, desenvolvemento dunha experiencia piloto e creación dun modelo de transferencia de coñecementos. 5. Creación dun GIS turístico-cultural e gastronómico: georreferenciación da maior parte dos datos da cultura castrexa e das actividades económicas ligadas a mesma. 6. Creación dun modelo de comercialización: análise e deseño do modelo, desenvolvemento do modelo de comercialización e posta en marcha. CastroDeza (Gastrodeza): lendas, castros e gastronomía é a materialización dunha das actuacións do Proxecto depoDeza que realizada conxuntamente coa actuación desenvolta nas salas de arqueoloxía do Museo de Pontevedra, conforman o denominado Centro Virtual da Cultura Castrexa. Por todo isto, a xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas, mediante informe emitido con data 20 de novembro de 2015, co visto e prace do deputado delegado, indicou que a Deputación de Pontevedra creou o Centro CastroDeza (Gastrodeza): lendas, castros e gastronomía, cofinanciado con fondos FEDER segundo a resolución de data 22 de xuño de 2011 da Secretaría de Estado e Cooperación Territorial que resolveu concederlle o financiamento ao proxecto, polo que solicitou que se iniciaran os trámites para a contratación da xestión integral do dito centro. O custo estimado para a Institución Provincial foi de 110.000,00€ (IVE incluído) para dous anos. Resultando que, a vista dos trámites do procedemento aberto levados a cabo, a Mesa de Contratación, propuxo declarar deserto o dito procedemento e iniciar un novo, polo que, a Xunta de Goberno, na sesión de data 29 de abril de 2016, declarou deserto o expediente nº 2016044187 e aprobou un novo expediente para a contratación, mediante procedemento aberto da Xestión integral do Centro CastroDeza (Gastrodeza): Lendas, Catros e Gastronomía, (Nº Exp. 2016014466). Resultando que en cumprimento da normativa vixente, o anuncio de licitación se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 90 de 11 de maio de 2016. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 15 de xuño de 2016, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Nese mesmo acto público, a Mesa de Contratación indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 27 do Rela Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que, con data 22 de xuño de 2016, a xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas emite informe de valoración das ofertas técnicas presentadas polas empresas. O día 29 de xuño de 2016, reunida a mesa de contratación, dáse a coñecer a valoración da oferta técnica relativa á documentación presentada no sobre B polas empresas que participan no procedemento de referencia, indicándose as seguintes puntuacións para cada unha das empresas: Criterios non valiables mediante fórmulas (máximo 49 puntos) Empresas licitadoras Espiral Xestión Cultural, S.L. (CIF:B94.054.954) Estela, Loxística e Proxectos, S.L. (CIF:B36.969.756) Proyectos y Sinergias Empresariales,S.L (CIF:B94.011.665) Van Divulgación Cultural, S.L. (CIF:B36.917.201) Programa de xestión (máximo 14 puntos) 13,5 9,5 5,2 1,3 Estrutura organizativa (máximo 12 puntos) 11,5 8,5 8,0 4,5 Plan de marketing e promoción (máximo 10 puntos) 9,5 6,5 5,5 2,5 Plan de mantemento e conservación (máximo 7 puntos) 6,5 3,5 4,5 2,0 Plan de calidade (máximo 3 puntos) 3,0 1,5 1,0 1,5 Avaliación de riscos e plan de emerxencias (máximo de 3 puntos) 3,0 1,0 2,5 3,0 Total Puntuación 47,0 30,5 26,7 14,8 O detalle das puntuacións outorgadas descríbense no informe emitido pola Xefa do servizo de Turismo Rías Baixas, de data 22 de xuño de 2016. Acto seguido, a Mesa de Contratación indica que non se procede á apertura dos sobres C das empresas Proyectos y Sinergias Empresariales, S.L. (CIF: B94.011.665) e Van Divultación Cultural,S.L. (CIF: B36.917.201) segundo o establecido no informe emitido pola Xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas, de data 22 de xuño de 2016. No citado informe indícase que ningunha das empresas licitadoras alcanza a puntuación mínima esixida (máis de 30 puntos na valoración dos criterios non avaliables mediante fórmulas) establecida nos pregos, e, a maiores, na oferta da empresa Van Divulgación Cultural, S.L. obsérvanse os seguinte motivo de excusión: - Na proposta presentada indica o horario de apertura do centro polo que con este dato indica información que se avaliará no sobre C, relacionada coa mellora nas horas de apertura anual do Centro. O incumprimento deste requisito implica a exclusión da oferta presentada, segundo figura no punto 4 do anexo I do prego de cláusulas administrativas. A continuación procédese a apertura do sobre C da empresa que obtivo unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas, e que por tanto continúa optando ao contrato: Espiral Xestión Cultural, S.L. (CIF: B94.054.954) - Prezo ofertado (2 anos): Prezo total ofertado sen IVE: 86.031,00€ IVE (21%): 18.066,51€ Prezo total: 104.097,51€ - Número de idiomas, a maiores de mínimo esixido, a utilizar nos elementos de difusión e promoción: 1. Nº de idiomas por medios escritos: 3 (Castelán, inglés, francés) 2. Nº de idiomas a través da utilización de novas tecnoloxías: 2 (Castelán, Inglés) - Nº de horas anuais de apertura do centro: 1864 horas. - Nº de días de redución do prazo de apertura do centro: 8 días. - Nº de días de peche por mantemento ofertado pola empresa: 3 días. Estela, loxística e proxectos, S.L. (CIF: B36969756) - Prezo ofertado (2 anos): Prezo total ofertado sen IVE: 79.480,00€ IVE (21%): 16.690,80€ Prezo total: 96.170,80€ - Número de idiomas, a maiores de mínimo esixido, a utilizar nos elementos de difusión e promoción: 1. Nº de idiomas por medios escritos:…3 (Castelán, portugués, inglés) 2. Nº de idiomas a través da utilización de novas tecnoloxías:………2 (Castelán, inglés) - Nº de horas anuais de apertura do centro: 2010 horas. - Nº de días de redución do prazo de apertura do centro: 8 días - Nº de días de peche por mantemento ofertado pola empresa: 0 días. Realizada a valoración total, as empresas licitadoras obtiveron a seguinte puntuación: Criterios Empresas Licitadoras Espiral Xestión Cultural,S.L. (CIF:B94.054.954) Estela, Loxística e Proxectos,S.L. (CIF:B36.969.756) Proyectos y Sinergias Empresariales,S.L (CIF:B94.011.665) Van Divulgación Cultural, S.L. (CIF:B36.917.201) CRITERIOS NON VALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (MÁXIMO 49 PUNTOS) Programa de xestión (máximo 14 puntos) 13,5 9,5 5,2 1,3 Estrutura organizativa (máximo 12 puntos) 11,5 8,5 8,0 4,5 Plan de marketing e promoción (máximo 10 puntos) 9,5 6,5 5,5 2,5 Plan de mantemento e conservación (máximo 7 puntos) 6,5 3,5 4,5 2,0 Plan de calidade (máximo 3 puntos) 3,0 1,5 1,0 1,5 Avaliación de riscos e plan de emerxencias (máximo de 3 puntos) 3,0 1,0 2,5 3,0 TOTAL PUNTUACIÓN SOBRE B 47,0 30,5 26,7 14,8 CRITERIOS VALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (MÁXIMO 51 PUNTOS) Menor prezo ofertado (máximo 18 puntos) 5,102 11,797 ********* ********* Melloras (máximo 33 puntos) - Idiomas a maiores do mínimo esixido (máximo 9 puntos) 10 10 ********* ********* - Nº de horas anuais de apertura do Centro (máximo 9 puntos) 5,80 9 ********* ********* - Nº de días de redución do prazo de apertura do Centro (máximo 8 puntos) 8 8 ********* ********* - Nº de días de redución de peche por mantemento (máximo 6 puntos) 4,80 6 ********* ********* TOTAL PUNTUACIÓN SOBRE C 33,702 44,797 ********* ********* PUNTUACIÓN SOBRE B + C 80,702 75,297 ******** ********* Reunida a Mesa de Contratación, con data 6 de xullo de 2016 e á vista das puntuacións totais acadadas, propón adxudicar a empresa Espiral Xestión Cultural, S.L. (CIF:B94.054.954) o contrato para levar a cabo a xestión integral do Centro Castro Deza (Gastrodeza) Lendas, Castros e Gastronomía e elevar a súa proposta ó órgano de contratación. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2016013375 de data 7 de xullo de 2016, e á vista da puntuación total obtida, requiriuse á empresa Espiral Xestión Cultural,S.L. (CIF: B94.054.954) para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o día seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio o emprendedor). Resultando que a citada empresa presentou a documentación requirida entre a que atopa a constitución da garantía definitiva por importe de 4.301,55€, que figura depositada na Tesourería desta Deputación co número de operación 201600106820, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2014 de 14 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado RDL 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o contrato para levar a cabo a xestión integral do Centro CastroDeza (GastroDeza): lendas, castros e gastronómia, cofinanciado con Fondos FEDER á empresa Espiral Xestión Cultural,S.L. (CIF: B94.054.954), de acordo ao seguinte detalle: - Prezo ofertado (2 anos): Prezo total ofertado sen IVE: 86.031,00€ IVE (21%): 18.066,51€ Prezo total: 104.097,51€ - Número de idiomas, a maiores de mínimo esixido, a utilizar nos elementos de difusión e promoción: 1. Nº de idiomas por medios escritos:….3 (Castelán, inglés, francés) 2. Nº de idiomas a través da utilización de novas tecnoloxías:……2 (Castelán, Inglés) - Nº de horas anuais de apertura do centro: 1864 horas. - Nº de días de redución do prazo de apertura do centro: 8 días - Nº de días de peche por mantemento ofertado pola empresa: 3 días. 2.- As obrigas derivadas do presente contrato, por importe máximo, para o ano 2016, de 21.687,00€ serán financiadas con cargo a aplicación orzamentaria 16/433.4320.227.99 do vixente orzamento provincial. Os importes correspondentes para os anos 2017, de 52.048,76€, e 2018 de 30.361,75€, así como os correspondentes para os anos 2019 e 2020 en caso de prórroga, quedarán condicionados a aprobación dos respectivos orzamentos e a existencia de crédito adecuado e suficiente na correspondente aplicación orzamentaria. Os pagamentos á empresa adxudicataria realizaranse contra a presentación das correspondentes facturas mensuais (a mes vencido), unha vez realizada e de conformidade o servizo obxecto do contrato de acordo coas estipulacións establecidas nos pregos, para o que será precisa a expedición dun certificado de conformidade polo órgano de contratación. Lugar de presentación e forma da factura: As facturas de importe superior a 5.000,00€ deberán ser presentadas polo adxudicatario en formato electrónico a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (sede.depo.es) en tempo e forma a efectos de que o órgano administrativo ao que corresponda, proceda a súa tramitación (máis información en https://sede.depo.es). Nas facturas deberase indicar os códigos DIR 3 que identifican o procedemento, o CIF e nº de expediente que se relacionan a continuación: Administración: L02000036 (CIF: P3600000H) Órgano xestor: LA0006122; Unidade Tramitadora: LA0006135; Oficina Contable: LA0006135 Nº Expediente: 2016014466 Se xunto coa factura o adxudicatario ten que presentar outros documentos xustificativos do traballo realizado, o fará achegando os documentos xustificativos a través do sistema de facturación da Deputación de Pontevedra. 3.- A duración do contrato será de dous (2) anos a contar desde o día seguinte a data de formalización do contrato. Este contrato se poderá prorrogar por dous (2) anos máis a súa vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma, sen que a duración das citadas prórrogas aislada o conxuntamente poda exceder do prazo fixado inicialmente. No caso de vencemento normal do contrato, ou anormal pola súa resolución ou declaración de caducidade, o órgano de contratación poderá acordar que o adxudicatario continúe coa prestación do servizo en idénticas condicións ata que o novo adxudicatario se faga cargo do servizo ou o asuma directamente a Deputación de Pontevedra de forma que se poida asegurar a continuidade da prestación do servizo. 4.24657.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS. a)Devolución de garantías definitivas á empresa STRADIA Infraestructuras, S.L. A empresa STRADIA Infraestructuras, S.L. (CIF B 36.005.411), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato de “Consolidación das ruínas de Santo Domingo (Pontevedra)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de seis mil catrocentos noventa euros con cincuenta e un céntimos (6.490,51 €), para responder do contrato relativo a “Consolidación das ruínas de Santo Domingo (Pontevedra)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/12/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400172605. b)Devolución de garantías definitivas á empresa Eibisa Norte, S.L. A empresa Eibisa Norte, S.L. (CIF B 15.419.906), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato relativo a “Servizo de asesoramento e colaboración material na regularización e actualización dos padróns fiscais, mediante os procedementos de inspección tributaria, das taxas delegadas polo Concello de Silleda (Lote 4)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de mil seiscentos oitenta e dous euros con setenta e oito céntimos (1.682,78 €), para responder do contrato relativo a “Servizo de asesoramento e colaboración material na regularización e actualización dos padróns fiscais, mediante os procedementos de inspección tributaria, das taxas delegadas polo Concello de Silleda (Lote 4)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/09/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300111670. c)Devolución de garantías definitivas á empresa Laya Gestión y Servicios, S.L. A empresa Laya Gestión y Servicios, S.L. (CIF B 33.473.489), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato relativo a “Servizo de asesoramento e colaboración material na regularización e actualización dos padróns fiscais, mediante os procedementos de inspección tributaria, das taxas delegadas polo Concello de Ponteareas (Lote 3)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dous mil douscentos trinta e seis euros con trinta e seis céntimos (2.236,36 €), para responder do contrato relativo a “Servizo de asesoramento e colaboración material na regularización e actualización dos padróns fiscais, mediante os procedementos de inspección tributaria, das taxas delegadas polo Concello de Ponteareas (Lote 3)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/09/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300111437. d)Devolución de garantías definitivas á empresa Norformación, S.L. A empresa Norformación, S.L. (CIF B 36.343.218), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dos lotes 1, 4 e 5 do contrato relativo a “Impartición da formación do proxecto Aquelando 3 (3ª Quenda), cofinanciado nun 80% polo FSE”, do que resultou adxudicataria e que son os seguintes: - Lote 1: Limpeza de superficies e mobiliario en edificios locais; emprego doméstico e operacións básicas de cociña. - Lote 4: Atención socio-sanitaria a persoas no domicilio. - Lote 5: Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil. Resultando que a fianza presentada pola empresa Norformación ascendeu á cantidade de 7.322,92€, como figura na Carta de Pago depositada na Tesourería da Deputación de Pontevedra co número de operación 201400084902. Resultando que unha vez analizada a documentación do expediente, arquivado no Centro Príncipe Felipe, o Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local informa que dita empresa cumpriu satisfactoriamente o seu contrato para acción formativa correspondente ao lote 4 pero no que se refire aos lotes 1 e 5 cumpriu satisfactoriamente para a consecución da capacitación do alumnado, pero o contrato foi executado parcialmente por non cumprir co compromiso de inserción laboral ofertado. Resultando que a Xunta de Goberno nas sesións ordinarias dos día 6 de novembro de 2015 e 4 de decembro de 2015, acordou a imposición de penalidades á empresa Norformación, S.L., por incumprimento contractual das accións correspondentes ós lotes 1 e 5. Resultando que nas datas 26 de decembro de 2015 e 21 de xaneiro de 2016 tiveron entrada no Rexistro da Deputación de Pontevedra escrito da empresa Norformación, S.L., mediante o cal se interpón recurso potestativo de reposición contra os acordos adoptados pola Xunta de Goberno na súas sesións ordinarias dos días 6 de novembro de 2015 e 4 de decembro de 2015 especificadas no punto anterior. Resultando que a Xunta de Goberno nas súas sesións ordinarias dos días 29 de xaneiro de 2016 e 19 de febreiro de 2016, acordou desestimar o recurso potestativo de reposición interposto pola empresa Norformación, S.L. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Resultando que as penalidades impostas para os lotes 1 e 5 xa foron deducidas proporcionalmente en cada unha das facturas correspondentes ás edicións impartidas. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de sete mil trescentos vinte e dous euros con noventa e dous céntimos (7.322,92 €), para responder do contrato relativo a “Impartición da formación do proxecto Aquelando 3 (3ª Quenda), cofinanciado nun 80% polo FSE (Lotes 1, 4 e 5)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/07/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400084902. 5.24658.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS O Servizo de xestión tributaria e catastral do ORAL notificou en data 24/05/2016 unha providencia de constrinximento á Deputación de Pontevedra pola liquidación do IBI Urbana 2015 da referencia catastral 36018A2750107700000JI (Lg. Cachafeiro-Forcarei - suelo) por importe de 31,10 € co detalle seguinte: Ref. Cobro Identificación Nº Fixo Ref. Catastral Importe a Ingresar 160151339076 1073166187 10690227 36018A2750107700000JI 31,10 € Resultando que revisados os arquivos de Patrimonio non consta dita parcela como propiedade da Deputación, solicitouse información ó concello de Forcarei sobre os antecedentes da mesma, emitindo o concello informe no que se indica o seguinte: “ en relación ó correo electrónico remitido a este concello no que se solicita información relativa ó expediente 64256.36/12 polo que se tramitou o cambio de titularidade da parcela 36018A2750107700000JI no lugar de Cachafeiro, e visto o expediente remitido a catastro en data 7 de abril de 2011 co numero de saída 712 puiden comprobar que se lle achegou unha relación de fincas urbanas que figuraban en investigación con posibles titulares según información dos veciños”. Resultando que en virtude de dita declaración realizada polo Concello de Forcarei a Xerencia territorial do catastro emitiu en data 01/02/2012 acordo de alteración da titularidade catastral pola que se modificou a titularidade da parcela figurando a partir de dita data como propiedade da Deputación de Pontevedra. Dito acordo indica que a alteración da titularidade catastral ten efectos no catastro inmobiliario desde o 13 de abril de 2011. Resultando que ó Servizo de Mobilidade informa en data 15/06/2016 en relación a dita parcela o seguinte: “A parcela de referencia foi expropiada con motivo da execución das obras do proxecto “Nova carretera de Cobas a Siador (Cerdedo-Taboada), tramo II Cachafeiro-duas Igrexas, que tivo lugar no ano 1985”, e acompáñase a dito informe copia do expediente de expropiación no que figuran as actas previas de ocupación, follas de aprecio e pregos de aceptación das fincas nº 84, 85, 86 e 84-A que foron obxecto da expropiación, asinadas en data 28 de outubro de 1985, e das que deriva a actual parcela en cuestión. Resultando que en data 14/07/2016 o servizo de xestión tributaria e catastral do ORAL notifica unha nova providencia de prema de dita liquidación de IBI Urbana do exercicio 2015 engadindo a liquidación de IBI Urbana do exercicio 2014 co seguinte detalle: Concepto Ref. Catastral Dirección Ref. Cobro Identif. Nº Fixo Importe a Ingresar Ibiu 2014-2015 36018A2750107700000JI Lg. Cachafeiro-Forcarei - Suelo 160220466046 1073166200 10690227 66,24 € Visto o informe do técnico Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio de data 14/07/2016 no que se conclúe o seguinte: “…Á vista dos antecedentes e fundamentos xurídicos expostos acredítase que a parcela ref, catastral 36018A2750107700000JI (Lg. Cachafeiro-Forcarei - suelo) foi adquirida pola Deputación por expropiación das fincas nº 84, 85, 86 e 84-A para a execución das obras do proxecto “Nova carretera de Cobas a Siador (Cerdedo-Taboada), tramo II Cachafeiro-duas Igrexas, que tivo lugar no ano 1985. Consta no expediente copias das actas previas de ocupación, follas de aprecio e pregos de aceptación de ditas fincas, polo que unha vez efectuado o pagamento definitivo e asinada a acta de ocupación se adquire pola Deputación a propiedade do ben en cuestión. Deste xeito a Deputación pode considerarse propietaria da parcela, con efectos no catastro desde o 13 de abril de 2011, e en consecuencia ten a condición de suxeito pasivo do IBI da mesma. En consecuencia, semella razonable proceder ó pagamento da liquidación de IBI Urbana dos exercicios 2014 e 2015 de dita referencia catastral notificada polo servizo de xestión tributaria e catastral do ORAL”. Visto o informe de Intervención de data 22/07/2016 no que se sinala que “trátase dun gasto de exercicio pechado anos 2014-2015 polo que o recoñecemento da obriga terá que facerse polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos pola xunta de Goberno. Na aplicación orzamentaria 16/922.9330.225.02 existe crédito dispoñible emitíndose documento de retención de crédito nº 201600109698 por importe de 66,24 €”. Considerando o establecido na base 17.1 de execución do Orzamento Provincial para o exercicio 2016. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e recoñecemento extraxudicial a favor da Deputación de Pontevedra-ORAL (CIF.P.3600000-H) da seguinte obriga: Concepto Ref. Catastral Dirección Ref. Cobro Identif. Nº fixo Importe a ingresar IBIU 2014-2015 36018A2750107700000JI Lg. Cachafeiro-Forcarei - suelo 160220466046 1073166200 10690227 66,24 € O pagamento realizarase con cargo á aplicación 16/922.9330.225.02 (RC nº de operación 201600109698) na conta bancaria ES56 2080 5401 5131 1700 0091 de Deputación de Pontevedra – ORAL. Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 6.24659.- INFORME SOBRE A FUSIÓN VOLUNTARIA DOS CONCELLOS DE CERDEDO E COTOBADE. Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza da Xunta de Galicia, de data 8 de xullo de 2016 (nº rex. entrada 2016073217), pola que solicita informe preceptivo desta Deputación sobre a citada fusión, ó amparo do art. 36,b) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Resultando que o Secretario emite informe con data 21 de xullo de 2016, e que textualmente di: “En relación coa petición de informe solicitada pola Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza da Xunta de Galicia, de data 8 de xullo de 2016 (nº rex. entrada 2016073217) sobre o expediente de fusión voluntaria dos Concellos de Cerdedo e Cotobade, emítese o seguinte: 1. A fusión de municipios é un proceso a través do cal se produce a alteración dos termos municipais mediante a integración dos termos municipais de dous ou mais municipios nun solo constituíndo un único termo municipal. É competencia exclusiva da Comunidade Autónoma as alteracións de termos municipais (art. 27 Lei orgánica 1/81, de 6 de abril, Estatuto de Autonomía de Galicia). Non obstante, por ser bases do réxime xurídico das Administracións Públicas é de aplicación preferente o art. 13 Lei 7/85, de 2 de abril (LBRL), non así o RD 1690/86, de 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial (RPDT), pois a lexislación autonómica está constituída pola Lei 5/97, de 22 de xullo (LALG), e en concreto nos seus arts. 12 ó 39. 2. De conformidade do establecido no art. 12,2,a) LALG, a alteración dos termos municipais pode ser por “fusión de dous ou mais municipios limítrofes para constituír un novo municipio”. O territorio, deixando a marxe teorías existentes sobre a súa natureza xurídica como obxecto ou elemento, é o ámbito do exercicio da competencia da persoa xurídico-pública e neste senso, para a lexislación vixente é elemento constitutivo do municipio (arts. 11, 12 LBRL, 10,3 LALG e 1,1 RPDT). Xa o Consello de Estado no seu ditame 2522/94 estableceu: “posto que o territorio na súa consideración xurídico-pública, é parte integrante, como elemento constitutivo esencial, de toda entidade local como ámbito espacial da súa xurisdición e non como elemento potencialmente integrante do seu patrimonio. Neste senso, ó territorio en canto a ámbito espacial ó que unha entidade local estende a súa xurisdición, non poden aplicarse nesta caso concepcións xurídico-privadas relativas ó dereito patrimonial”. 3. A fusión xustifícase, segundo o informe que se adxunta, en consideracións de “orde xeográfico e demográfico” requisito recollido no art. 19,c) LALG. 4. Os motivos nos que os concellos de Cerdedo e Cotobade fundamenta a súa iniciativa de fusión, son a concorrencia dos requisitos establecidos nos apartados b), c), d) do art. 19 da LALG; é dicir, motivos principalmente económicos e de mellor eficiencia na prestación dos servizos públicos esenciais. A diferenza do previsto no apartado a) do referido precepto legal (previsto para os casos en que exista confusión entre os núcleos que constitúan a capitalidade dos respectivos municipios), os apartados b), c) e d) son de carácter mensurable, de forma que a finalidade da fusión non é outra que a optimización do funcionamento dos servizos públicos municipais. Non obstante, non consta que o Concello de Cerdedo nin o Concello de Cotobade realizasen estudos comparativos entre as distintas alternativas de fusión cos termos municipais colindantes, a fin de instar a fusión coa mellor opción das legalmente posibles, que no caso de Cerdedo sería cos Concellos de Forcarei, A Estrada, Campo Lameiro e Cotobade, e no caso de Cotobade cos Concellos de Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Pontevedra, Ponte Caldelas e A Lama. O expediente de alteración dos termos municipais é iniciado por ambos municipios interesados seguindo o procedemento establecido no art. 32 LALG. O Concello de Cerdedo e o Concello de Cotobade adoptaron acordos plenarios, con data 3 de marzo de 2016, para iniciar dito procedemento de fusión voluntaria, ambos adoptados co voto favorable das dúas terceiras partes do número de feito e en todo caso, da maioría absoluta do número legal de membros das Corporacións e aprobando, así mesmo, a proposta de convenio de fusión (art. 13,4 LBRL). Os citados acordos foron sometidos a información pública polo prazo de trinta días (Cerdedo: BOPPO e DOG nº 52, de 16 de marzo, e Cotobade: BOPPO nº 54, de 18 de marzo e DOG nº58 de 28 de marzo). Posteriormente, con data 7 de xullo de 2016, ambos municipios en sendas sesións plenarias, e coa maioría correspondente acordaron resolver as alegacións, a procedencia da fusión e aprobaron definitivamente o convenio de fusión. Neste proceso se ten coñecemento do cuestionamento dos grupos da oposición que plantexaron a imposibilidade para poder analizar e estudar a información polo seu volume e escaso tempo. A resolución definitiva da alteración dos termos municipais adopta a forma de Decreto da Xunta de Galicia, o cal ten natureza de acto administrativo e non de disposición xeral (STS 10 xuño 1999). 5. O citado convenio de fusión consta dun exposición de motivos (manifestando que a diminución da poboación en ambos municipios encarece a prestación dos servizos, sendo o obxectivo fundamental que se persegue garantir ós cidadáns uns servizos públicos de calidade) e sete cláusulas tratando a capitalidade, sede institucional, órgano transitorio de goberno, a subrogación nos dereitos e obrigas, os símbolos, o persoal e os ingresos. Están incorporados ó expediente os documentos que establece o art. 34 LALG. O expediente cumpre cos requisitos legais.” Resultando que o Interventor emite informe con data 26 de xullo de 2016, e que textualmente di: “INFORME DE INTERVENCIÓN Asunto: Informe sobre o expediente de fusión dos Concellos de Cerdedo e Cotobade de conformidade co esixido polo artigo 36, b) da LALG. LEXISLACIÓN APLICABLE 1º. Artigo 13 da Lei 7/85, de 2 de abril (LRBRL) 2º. Artigos 12, 13, 15, 16, 17, 18 a 20 e do 31 ó 39 da Lei 5/97, de 22 de xullo (LALG) 3º. Artigo 124.1 do Rdl. 2/2004, de 5 de marzo (LRFL) FUNDAMENTOS XURÍDICO – ECONÓMICOS Trátase da fusión voluntaria de dous concellos limítrofes pertencentes a mesma provincia. Os motivos da fusión veñen contemplados nos apartados b, c e d do artigo 19 da LALG. De conformidade cos datos que obran no expediente con esta fusión melloran os ingresos ordinarios dos concellos, estimándose esta mellora no entorno do 100 por cento (mellora do financiamento da participación nos tributos do Estado, e no Fondo de Cooperación Local), sen tomar en consideración as melloras de financiamento nos plans de obras e servizos e noutros programas de subvencións da Deputación (artigo 13.5 da LRBRL). Coa fusión tamén se consigue a redución de gastos, basicamente en materia de persoal. Segundo o expediente coa fusión mellora a eficiencia destes dous concellos, e acádanse mais recursos para a comunidade local da Provincia de Pontevedra (procedentes da Administración central e da Comunidade Autónoma). De conformidade co previsto no artigo 13-4, g) da LRBRL, durante, a lo menos, os cinco primeiros anos desde a adopción do convenio de fusión, terán preferencia na asignación de planes de cooperación local (POS), subvencións, convenios e outros instrumentos baseados na concorrencia. A Deputación terá que dar cumprimento o contido deste artigo nos distintos instrumentos de cooperación cos concellos. O novo Concello de Cerdedo-Cotobade subrogarase nos dereitos e obrigas dos antigos municipios. As ordenanzas e demais normas aprobadas polos municipios de Cerdedo e Cotobade seguirán vixentes nos seus respectivos ámbitos territoriais. Así mesmo, terán que unificarse as delegacións das facultades de xestión, inspección e recadación feitas por ambos os dous Concellos no ORAL, xa que teñen actualmente delegadas facultades distintas (axúntase cadro comparativo das delegacións dos dous Concellos). Os recibos pendentes de pago unha vez sexa efectiva a fusión terán que ser postos a nome do novo Concello resultante. A día da data deste informe as relacións da Deputación (excluído ORAL) con estes dous Concellos presenta a seguinte estrutura: - Concello de Cotobade: o Compromisos da Deputación en fase de execución 803.718,32 € o Débedas coa Deputación 0,00 € - Concello de Cerdedo: o Compromisos da Deputación en fase de execución 225.396,52 € o Débedas coa Deputación 2.777,40 € A día da data deste informe a Deputación (ORAL) ten no seu poder 8.038 valores pendentes de cobro por importe total de 410.711,76, correspondendo 4.161 recibos por un importe de 203.174,94 euros a Cerdedo e 3.877 recibos e 207.536,82 a Cotobade. (axúntanse resumen das contas da xestión recadatoria do exercicio de 2015 de ámbolos dous Concellos). De conformidade co establecido no artigo 13-4, g) da LRBRL “ Durante, ao menos, os cinco primeiros anos dende a adopción do convenio de fusión, terá preferencia na asignación de planes de cooperación local, subvencións, convenios ou outros instrumentos baseados na concorrencia…”. Coas actuais normas do POS 2016 o Concello Cerdedo – Cotobade recibiría 262.146,90 euros menos, esta situación terá que resolverse para o exercicio seguinte. Axúntanse documentos que reflicten as relacións da Deputación/ORAL cos Concellos que se fusionan. CONCLUSIÓN Considero que as fusións deberían facerse de acordo con unha planificación ou planeamento xeral co galo de conseguir a máxima eficiencia no funcionamento da comunidade local provincial, xa que as fusións espontáneas poden non ser as óptimas.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ós citados informes, e a súa remisión á Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza da Xunta de Galicia. 7.24660.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS, XORNADAS E OUTROS 1º.- Mediante escrito de entrada con data 10 de xuño de 2016 e con número de rexistro 2016062500, o xefe de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local, D. Manuel Corujo Castro expón que o 23 de maio de 2016 recibiuse correo electrónico invitando á Deputación de Pontevedra a participar na “Xornada Inicial de mobilidade no sector da formación profesional para novos beneficiarios da convocatoria 2016” a celebrar o 23 de xuño de 2016 no Auditorio MECD (Madrid) de 9:30 h. ás 18:00 h. A asistencia está motivada pola concesión do proxecto, concedido a través de resolución da SEPIE, tratándose todas as cuestión técnicas de xestión, como as características xerais, exemplos prácticos sobre as fases de xestión dun proxecto de mobilidade e xestión documental, Europa, controis primarios e estratexias de difusión. Por todo o exposto, e dado que o Proxecto Erasmus+ Practicum Depo 2016 que vai desenvolver a Deputación é un dos que vai a contar con maior financiamento desta convocatoria, faise necesaria a asistencia a estas xornadas das persoas que están a cargo deste tipo de proxectos no Ente Provincial, asistindo D. Joaquín Lede Martínez (Coordinadores Xeral do Proxecto Erasmus+ Practicum Depo 2015 da Deputación de Pontevedra) e D. Manuel Corujo Castro (Xefe de Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local), os cales posúen os coñecementos e especialización axeitados, entrando nas súas responsabilidades diarias toda a temática que se impartirá nestas xornadas. 2º.- Por elo, solicita a validación do expediente e autorización para desprazarse a Madrid os días 22 e 23 de xuño de 2016, así como o aboo dos gastos ocasionados en concepto de locomoción e dietas, desagregado da seguinte maneira: D. Joaquín Lede Martínez (A2-22)……………………………….284,17€ Saída 22/06/16 as 20:30 h. e chegada 23/06/16 as 23:30 h.) Concepto: LOCOMOCIÓN Aplicación orzamentaria Total Peaxe (ida e volta) 16/240.2410.231.20 10,80 € Parking 16/240.2410.231.20 20,00 € Avión + desprazamento en vehículo propio de Pontevedra ó aeroporto (ida e volta) 16/240.2410.231.20 150,00 € TOTAL…. 180,80 € Saída 22/06/16 as 20:30 h. e chegada 23/06/16 as 23:30 h.) Concepto: DIETAS Aplicación orzamentaria Total ½ manutención día 22/06/2016 (*) 16/240.2410.230.20 18,70 € ½ manutención día 23/06/2016 (*) 16/240.2410.230.20 18,70 € Aloxamento día 22/06/2016 16/240.2410.230.20 65,97 € TOTAL…. 103,37 € D. Manuel Corujo Castro (A1-27)………………………………….305,90€ Saída 22/06/16 as 20:30 h. e chegada 23/06/16 as 23:30 h.) Concepto: LOCOMOCIÓN Aplicación orzamentaria Total Avión 16/240.2410.231.20 150,00 € TOTAL…. 150,00 € Saída 22/06/16 as 20:30 h. e chegada 23/06/16 as 23:30 h.) Concepto: DIETAS Aplicación orzamentaria Total ½ manutención día 22/06/2016 (*) 16/240.2410.230.20 26,67 € ½ manutención día 23/06/2016 (*) 16/240.2410.230.20 26,67 € Aloxamento día 22/06/2016 16/240.2410.230.20 102,56 € TOTAL…. 155,90 € (*) A SEPIE asume os gastos de manutención do mediodía do 23/06/2016. 3º.- A solicitude non se tramitou con antelación suficiente polo que procede a súa validación. 4º.- Para este efecto remítese o expediente a Intervención para informe sobre a existencia de consignación orzamentaria. Normativa Aplicable: • R.D. 462/2002 do 24 de maio sobre Indemnizacións por Razón do Servizo. • Orde do 8 de novembro de 1994, sobre xustificación das Indemnizacións por Razón do Servizo dos funcionarios públicos. • Bases de aplicación de retribucións do orzamento Provincial e IV Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra. • Artigo 67.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. • Artigo 61.12 do R.O.F. e artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, polas que se atribúen á Presidencia a competencia nesta materia. • Resolución da Presidencia de data 22/07/2015 pola que se delega no Deputado as competencias en materia de persoal. Conclusión: En base ós feitos e consideracións normativas citadas anteriormente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do previsto no artigo 67.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, validar o expediente e autorizar o desprazamento dos citados traballadores así como o abono dos gastos ocasionados, que ascenden a un importe total de 590,07 € que se imputarán ás aplicacións orzamentarias correspondentes de dietas e locomoción. 8.24661.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE LICENCIADO/A OU GRADUADO/A EN HISTORIA OU EN INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN CON DESTINO NO SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA Por acordo nº 12.24428 aprobado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de data 20 de maio de 2016 adxudicouse unha bolsa da titulación de licenciado/a ou graduado/a en Historia ou en Información e Documentación con destino no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico (Convocatoria publicada no BOPPO nº número 242 de data 16 de decembro de 2015) a Sara Cajigal Faginas, con efectos 1 de xuño de 2016 e ata o 30 de setembro de 2016, podendo ser prorrogada por un único período de seis meses. Con data de rexistro 20 de xullo de 2016 dita bolseira presenta escrito solicitando a súa renuncia á dita bolsa, en cumprimento do establecido na base décimo quinta da convocatoria, sendo a data de efectos da renuncia o 31 de xullo de 2016. As bases que regulan a convocatoria do referido plan de prácticas laboral, concretamente a base décimo primeira, establece que daranse por finalizadas as prácticas cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte da persoa bolseira. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizada a bolsa da titulación de licenciado/a ou graduado/a en Historia ou en Información e Documentación con destino no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico concedida á Sara Cajigal Faginas, con efectos do día 31 de xullo de 2016. 9.24662.- FINALIZACIÓN DE DÚAS BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016 POR RENUNCIA DUNS BOLSEIROS NO SERVIZO DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Por acordo aprobado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de data 29 de abril de 2016 adxudicáronse 189 bolsas do Plan de práctica laboral en servizos da deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2016, por número de expediente, titulación, persoa candidata seleccionada e concello ou servizo da Deputación de Pontevedra de destino, con efectos 1 de maio de 2016 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de maio de 2016 iniciaron as súas prácticas laborais do expediente C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública o bolseiro Antonio Dopazo García e a bolseira Marta Guillán Figueira no Servizo de Xestión de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra. Ditas persoas bolseiras presentan escrito no rexistro comunicando a súa renuncia á bolsa de práctica laboral na deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2016, con efectos do 31 de xullo de 2016, motivado por ser seleccionados nun proceso selectivo. As bases que regulan a convocatoria do referido plan de prácticas laboral, concretamente a base décimo primeira, establece que daranse por finalizadas as prácticas cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte da persoa bolseira. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Antonio Dopazo García e da bolseira Marta Guillán Figueira no Servizo de Xestión de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra, con efectos do día 31 de xullo de 2016. 10.24663.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016 POR RENUNCIA DUN BOLSEIRO NO MUSEO DE PONTEVEDRA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Por acordo aprobado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de data 29 de abril de 2016 adxudicáronse 189 bolsas do Plan de práctica laboral en servizos da deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2016, por número de expediente, titulación, persoa candidata seleccionada e concello ou servizo da Deputación de Pontevedra de destino, con efectos 1 de maio de 2016 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de maio de 2016 iniciou as súas prácticas laborais do expediente C15 Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación/Grao en Información e Documentación o bolseiro José Miguel Sepúlveda Lorenzo no Museo de Pontevedra da Deputación de Pontevedra por un período de seis meses. Con data de 21 de xullo de 2016 dito bolseiro presenta escrito no rexistro solicitando a súa renuncia á dita bolsa de práctica laboral, motivada por unha oferta laboral. As bases que regulan a convocatoria do referido plan de prácticas laboral, concretamente a base décimo primeira, establece que daranse por finalizadas as prácticas cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte da persoa bolseira. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro José Miguel Sepúlveda Lorenzo no Museo de Pontevedra da Deputación de Pontevedra, con efectos do día 31 de xullo de 2016. 11.24664.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016 POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE O GROVE Por acordo aprobado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de data 29 de abril de 2016 adxudicáronse 189 bolsas do Plan de práctica laboral en servizos da deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2016, por número de expediente, titulación, persoa candidata seleccionada e concello ou servizo da Deputación de Pontevedra de destino, con efectos 1 de maio de 2016 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de maio de 2016 iniciou as súas prácticas laborais do expediente C23 Diplomatura/ Grao en Maxisterio de Educación Infantil a bolseira Carmen Moral Soto no Concello de O Grove por un período de seis meses. Dita bolseira presenta escrito no rexistro comunicando a súa renuncia á bolsa de práctica laboral na deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2016, con efectos do 31 de xullo de 2016. As bases que regulan a convocatoria do referido plan de prácticas laboral, concretamente a base décimo primeira, establece que daranse por finalizadas as prácticas cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte da persoa bolseira. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Carmen Moral Soto no Concello de O Grove, con efectos do día 31 de xullo de 2016. 12.24665.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA VACANTE DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016 POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE CERDEDO Por acordo aprobado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de data 29 de abril de 2016 adxudicáronse 189 bolsas do Plan de práctica laboral en servizos da deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2016, por número de expediente, titulación, persoa candidata seleccionada e concello ou servizo da Deputación de Pontevedra de destino, con efectos 1 de maio de 2016 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O resultado de dita adxudicación está publicado na páxina web da Deputación de Pontevedra. O pasado 1 de maio de 2016 iniciou as súas prácticas laborais do expediente C81 Licenciatura/ Grao en Ciencias Ambientais a bolseira Belén González López no Concello de Cerdedo por un período de seis meses, dita bolseira presenta escrito no rexistro comunicando a súa renuncia á bolsa adxudicada, do Plan de práctica laboral na deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2016, con efectos do 26 de xullo de 2016, motivado por circunstancias familiares. A base décimo terceira da convocatoria de bolsas, establece que en caso de renuncia da persoa bolseira á bolsa antes da finalización do período de prácticas, a entidade poderá solicitar que se cubra a bolsa vacante polo tempo restante por unha persoa candidata suplente, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. Considerando o exposto anteriormente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a bolsa vacante a seguinte persoa candidata suplente e nos seguintes termos: Exp Titulación Bolseiro Concello Data inicio Data fin C81 Licenciatura/Grao en Ciencias Ambientais Dopazo Estévez, Santiago Concello de Cercedo 01/08/2016 05/11/2016 A bolsa poderá prorrogarse por 6 meses máis, por acordo da Xunta de Goberno cumprindo coa obriga de presentar no Rexistro da Deputación de Pontevedra e cun mes de antelación a data prevista de finalización da bolsa, a memoria da persoa bolseira, sobre o conxunto dos traballos realizados (especificando obxectivos conseguidos, metodoloxía empregada e resultados) e o informe de avaliación da persoa titora, no que deberá indicar si procede ou non a prórroga. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina da Administración onde se desenvolva a súa práctica laboral, co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro, sen que poida superar as 37,50 horas semanais. A bolsa será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, agás as indemnizacións por razón do servizo, que deberá sufragar o Centro de destino. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin de servizos coa Deputación nin co centro no que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial nin cos demais centros de destino. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, así como na orde pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para este ano. 13.24666.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA VACANTE DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016 POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA TITULAR NO CONCELLO DE O GROVE Por acordo aprobado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de data 29 de abril de 2016 adxudicáronse 189 bolsas do Plan de práctica laboral en Servizos da Deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2016, por número de expediente, titulación, persoa candidata seleccionada e concello ou servizo da Deputación de Pontevedra de destino, con efectos 1 de maio de 2016 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O resultado de dita adxudicación está publicado na páxina web da Deputación de Pontevedra. O pasado 1 maio de 2016 iniciou as súas prácticas laborais do expediente C23 da titulación Diplomatura/ Grao en Maxisterio de Educación Infantil a bolseira Carmen Moral Soto no Concello de O Grove por un período de seis meses. Con data de rexistro 19 de xullo de 2016 presenta escrito comunicando a súa renuncia á dita bolsa con efectos do 31 de xullo de 2016. A base décimo terceira da convocatoria de bolsas, establece que en caso de renuncia da persoa bolseira á bolsa antes da finalización do período de prácticas, a entidade poderá solicitar que se cubra a bolsa vacante polo tempo restante por unha persoa candidata suplente, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. Considerando o exposto anteriormente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a bolsa vacante a seguinte persoa candidata suplente e nos seguintes termos: Exp Titulación Bolseira Concello Data inicio Data fin C23 Diplomatura/ Grao en Maxisterio de Educación Infantil Poza Pampín, Almudena Concello de O Grove 01/08/2016 31/10/2016 A bolsa poderá prorrogarse por 6 meses máis, por acordo da Xunta de Goberno cumprindo coa obriga de presentar no Rexistro da Deputación de Pontevedra e cun mes de antelación a data prevista de finalización da bolsa, a memoria da persoa bolseira, sobre o conxunto dos traballos realizados (especificando obxectivos conseguidos, metodoloxía empregada e resultados) e o informe de avaliación da persoa titora, no que deberá indicar si procede ou non a prórroga. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina da Administración onde se desenvolva a súa práctica laboral, co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro, sen que poida superar as 37,50 horas semanais. A bolsa será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, agás as indemnizacións por razón do servizo, que deberá sufragar o Centro de destino. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin de servizos coa Deputación nin co centro no que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial nin cos demais centros de destino. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, así como na orde pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para este ano. 14.24667.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS VACANTES DO PLAN DE PRACTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016 POR RENUNCIA DAS PERSOAS CANDIDATAS TITULARES NO SERVIZO DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Por acordo aprobado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de data 29 de abril de 2016 adxudicáronse 189 bolsas do Plan de práctica laboral en Servizos da Deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2016, por número de expediente, titulación, persoa candidata seleccionada e concello ou servizo da Deputación de Pontevedra de destino, con efectos 1 de maio de 2016 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O resultado de dita adxudicación está publicado na páxina web da Deputación de Pontevedra. O pasado 1 de maio de 2016 iniciaron as súas prácticas laborais do expediente C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública o bolseiro Antonio Dopazo García e a bolseira Marta Guillán Figueira no Servizo de Xestión de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra. Ditas persoas bolseiras presentan escrito no rexistro comunicando a súa renuncia á bolsa de práctica laboral na deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2016, con efectos do 31 de xullo de 2016, motivado por ser seleccionados nun proceso selectivo. A base décimo terceira da convocatoria de bolsas, establece que en caso de renuncia da persoa bolseira á bolsa antes da finalización do período de prácticas, a entidade poderá solicitar que se cubra a bolsa vacante polo tempo restante por unha persoa candidata suplente, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. Considerando o exposto anteriormente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar as bolsas vacantes as seguintes persoas candidatas suplentes e nos seguintes termos: Exp Titulación Bolseiros Concello/ Servizo Data inicio Data fin C19 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Pérez González, Yáser Servizo de Xestión de Recursos Locais (ORAL) 01/08/2016 31/10/2016 C19 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Vázquez Villar, Bieito Servizo de Xestión de Recursos Locais (ORAL) 01/08/2016 31/10/2016 A bolsa poderá prorrogarse por 6 meses máis, por acordo da Xunta de Goberno cumprindo coa obriga de presentar no Rexistro da Deputación de Pontevedra e cun mes de antelación a data prevista de finalización da bolsa, a memoria da persoa bolseira, sobre o conxunto dos traballos realizados (especificando obxectivos conseguidos, metodoloxía empregada e resultados) e o informe de avaliación da persoa titora, no que deberá indicar si procede ou non a prórroga. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina da Administración onde se desenvolva a súa práctica laboral, co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro, sen que poida superar as 37,50 horas semanais. A bolsa será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, agás as indemnizacións por razón do servizo, que deberá sufragar o Centro de destino. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin de servizos coa Deputación nin co centro no que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial nin cos demais centros de destino. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, así como na orde pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para este ano. 15.24668.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE TITULACIÓN E ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA VACANTE DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016 POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE BAIONA Por Acordo nº 10.24452 aprobado na Xunta de Goberno de data 27 de maio aprobouse o cambio de titulación e a adxudicación de bolsas vacantes do Plan de práctica laboral na Deputación e en Concellos da provincia de Pontevedra 2016 entre as que figuraba a seguinte: EXP TITULACIÓN 1ºApelido 2ºApelido Nome Concello C80 Ciclo Superior en Información e Comercialización Turística Préstamo Alonso Míriam Baiona Dita bolseira presenta escrito de data 20 de xullo de 2016 comunicando a súa renuncia á bolsa concedida no concello de Baiona con efectos do 22 de xullo de 2016. Tal e como se recolle na base décimo terceira da convocatoria,no caso de que a persoa beneficiaria renuncie a bolsa antes da finalización do período de prácticas a entidade poderá solicitar que se cubra a bolsa que queda vacante polo tempo restante cunha persoa candidata suplente. Comprobado que non existen suplentes para esa titulación, requíreselle ó concello de Baiona que solicite un cambio de titulación o abeiro da base décimo cuarta onde se establece que de non chegar a cubrirse o número total de bolsas convocadas para unha determinada titulación por falta de candidaturas a entidade afectada poderá solicitar que se lles adxudiquen as bolsas vacantes que teñen outorgadas a aspirantes suplentes doutros procesos ou titulacións seguindo a orde de puntuación establecida. Mediante escrito o Concello de Baiona solicita que se substitúa pola titulación do expediente C64 Licenciatura/ Grao en Historia da Arte quedando dita titulación en substitución da anterior: EXP. TITULACIÓN NOVA CONCELLO C64 Licenciatura/ Grao en Historia da Arte Baiona A bolsa vacante ofertóuselle ás persoas candidatas suplentes de dita titulación e por orden de puntuación resultando que a primeira persoa suplente aceptou dita bolsa. Considerando o exposto anteriormente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º Aprobar o cambio de titulación solicitado polo concello de Baiona da bolsa vacante para quedar establecido como segue: EXP. Titulación nova Concello C64 Licenciatura/ Grao en Historia da Arte Baiona 2º Adxudicar a bolsa que quedou vacante á persoa suplente que se relaciona a continuación seguindo a orde de puntuación, por número de expediente, titulación, importe e centro de destino, con efectos 1 de agosto de 2016 e ata o 9 de decembro de 2016, coa posibilidade de prórroga por seis meses. Exp. Titulación 1ºapelido 2ºapelido Nome DNI Concello Importe C64 Licenciatura/ Grao en Historia da Arte Porto Varela María Esperanza 46915378R Baiona 800 € A dotación económica das bolsas, determinada polo nivel de titulación, será de oitocentos euros (800,00 €) ó mes para as persoas con titulación universitaria e de setecentos euros (700,00 €) ó mes para as de ciclos superiores de formación profesional, sendo o custe da seguridade social de 35,24 €/mes por beneficiario, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 16/240.2410.481.01 e 16/240.2410.160.03. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, excepto as indemnizacións por razón do servizo que deberá sufragar a entidade. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina da Administración onde se desenvolva a súa práctica laboral, co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro, sen que poida superar as 37,50 horas semanais. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin cos concellos nos que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial nin cos concellos. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R. d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas, así como na orde pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para o ano 2015. As bolsas que queden vacantes despois do período de prórroga non se cubrirán coas candidaturas suplentes. 16.24669.- REPARTO DE AXUDAS ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES/AS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2016 Examinadas as solicitudes de axuda a Confrarías de Pescadores e Pescadoras, formuladas ó abeiro das bases reguladoras aprobadas pola Xunta de Goberno, na sesión do 13 de maio de 2016, cun orzamento total de 200.000,00 € e publicadas no BOP número 98 do 24/05/2016. Vistos os informes emitidos, en relación o reparto das axudas, pola Xefa do servizo de Medio Ambiente do 15/07/2016, de Intervención do 26/07/2016, e a restante documentación que figura no expediente, Considerando o disposto nas bases de execución do vixente orzamento da Deputación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o reparto das axudas a Confrarías de Pescadores e Pescadoras do ano 2016, por importe total de 190.126,31€ con cargo á aplicación 16/240.2410.789.02, RC 201600066407, do vixente Orzamento Provincial, da forma que figura no listado que xunta. 17.24670.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN E O CONCELLO DE VIGO PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS DE SUBSTITUCIÓN DE FIRMES EN VIARIOS MUNICIPAIS EN DIFERENTES PARROQUIAS DO CONCELLO DE VIGO En data 20 de novembro de 2015, asinouse un protocolo de cooperación entre o Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra para cooperar na planificación e execución de diversos proxectos entre os que se atopan algúns relativos a mellora de infraestruturas viarias e dotacionais. En data 19 de xullo de 2016, co núm. de rexistro 2016075984, ten entrada na Deputación petición formal do Concello de Vigo, no que solicita, ó abeiro do protocolo de convenio referido, o desenvolvemento dunha serie de actuacións coordinadas que contemplan a substitución e mellora de firmes en diferentes viarios de titularidade municipal. En concreto, segundo a proposta de convenio, o seu obxecto é establecer o réxime de colaboración para a execución e financiamento dos proxectos de mellora e conservación dos viarios municipais que se relacionan deseguido:  Sárdoma: estrada Miraflores  Castrelos: camiño Viloura  Candeán: camiño Monte Vixiador  Teis: Avenida Dona Fermina  Alcabre: camiño Forte e camiño Cruceiro.  Coruxo: camiño Viño  Matamá: rúa Roupeiro e estrada Beirán.  Zamáns: estrada Marcosende  Bembrive: Arieiro  Zona Bouzas: rúa Covadonga e rúa Eduardo Cabello  Zona Castro: rúa Arines, rúa Couto, rúa Marqués de Alcedo  Zona Praza América: rúa Pastora O Concello de Vigo asume a contratación, execución, recepción dos investimentos e a redacción dos correspondentes proxectos técnicos, así como a contratación da asistencia técnica á dirección de obra. Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra financiará, contra a aplicación 2016/942.9420.762.12, o custe total das actuacións ata un importe máximo de 902.144,96 €. No eido da colaboración administrativa, as actuacións de mellora que se propoñen nos viarios sinalados, a medio prazo, concretaranse na redución de tempos, en custes de transporte, na mellora das condicións de accesibilidade, ademais ser un instrumento que permite a corrección dos desequilibrios intermunicipais Fundamentos Xurídicos: 1. Lexislación aplicable:  Normativa reguladora da contratación das Corporacións locais, constituída polo RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público e RD 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de Contratos.  Lei 30/1992, de 30 novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladoras das Bases do Réxime Local.  Lei 5/1997, de 22 xullo, de Administración Local de Galicia.  RDL 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local.  RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladoras das Facendas Locais.  Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e o RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións.  Lei 9/2003, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.  Bases de execución do orzamento provincial para o exercicio 2016. 2. Convenio: A Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), no seu artigo 25, dispón que o municipio pode promover e prestar os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal nos termos establecidos neste artigo, exercendo, en todo caso, como propias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas materias de infraestrutura viaria e outros equipamentos da súa titularidade. Esta mesma normativa, atribúe como competencia propia da provincia a cooperación xurídica, económica e técnica ós municipios, constituíndo un dos fins específicos da Deputación o de garantir unha adecuada prestación dos servizos de competencia municipal. Neste senso, o artigo 198.3 da Lei 5/1997, da Administración Local de Galicia (LALG) establece que as deputacións provinciais poderán subscribir, con todos ou con algún dos concellos da provincia, convenios para garantir o acceso da poboación ó conxunto dos servizos municipais e a maior eficacia na prestación destes. Pola súa banda o artigo 25 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, baixo a rúbrica de liberdade de pactos, permite que nos contratos do sector público se inclúa calquera pacto, cláusula ou condición, sempre que non sexan contrarios ó interese público, ó ordenamento xurídico e ós principios de boa administración. Nesta mesma liña se pronuncian, os artigos 1255 do Código Civil e 111 do Texto Refundido das disposicións vixentes na materia de réxime local, aprobado polo RDL 781/1986, de 18 de abril, e 310 da LALG, resultando de aplicación o disposto no artigo 88.1 da Lei 30/92, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando estipula que as administracións públicas poderán celebrar contratos administrativos, pactos, convenios ou contratos con persoas tanto de dereito público como privado, sempre que non sexan contrarios ó ordenamento xurídico nin versen sobre materias de transacción e teñan por obxecto satisfacer o interese público que teñen encomendado, co alcance, efectos e réxime xurídico específico que en cada caso prevea a disposición reguladora. Xa que logo, o documento a asinar ten como finalidade principal a de establecer as condicións para o outorgamento pola Deputación Provincial dunha subvención ó Concello de Vigo, destinada á execución dunhas obras que entran dentro da esfera das súas competencias e, tomando como referencia a definición contida no artigo 2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), no seu correlativo da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG), a achega económica prevista pola Deputación Provincial a favor da entidade municipal ten a consideración dunha subvención, estando suxeita a súa xestión e fins á normativa reguladora das subvencións públicas. Así mesmo, o artigo 2, apartado 3, do RD 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de Subvencións, establece que a citada lei e o seu regulamento, serán de aplicación ós convenios celebrados entre Administracións Públicas, nos que a Administración beneficiaria ostenta competencias propias de execución sobre a materia, consistindo a obriga da Administración pública concedinte da subvención na realización dunha achega dineraria a favor da outra parte do convenio. No relativo ó outorgamento directo da axuda económica, o artigo 22.2 da LXS sinala que se poderán conceder de forma directa subvencións previstas nos orzamentos xerais do Estado, da Comunidade Autónoma ou das Entidades Locais, nos termos recollidos nos convenios e na normativa reguladora destas subvencións. Neste senso, a Deputación de Pontevedra, para o desenvolvemento das actuacións que se describen no protocolo de cooperación asinado co Concello de Vigo, en data 20 de novembro de 2015, ten consignado expresamente no estado de gastos do orzamento provincial do exercicio 2016, dotación económica na aplicación 2016/942.9420.762.14 e designado como beneficiario ó Concello referido. Non obstante, do exame da documentación achegada polo Concello de Vigo, infírese que este non ten aprobado, polo órgano competente do Concello, o proxecto que sirve de base para a concesión da subvención, polo que a efectividade do acordo quedará condicionado a este pormenor. En canto ó contido do convenio, axustado á lexislación vixente, sinálase no informe da secretaria xeral obrante no expediente. Tendo en conta todo o que antecede, dada conta da proposta de Convenio e, visto o informe da xefa de Servizo de Cooperación, de data 20 de xullo de 2016, no relativo ó interese público da actuación, visto o informe de supervisión e control do proxecto achegado emitido polo Enxeñeiro Xefe do Servizo de Cooperación, en data 22 de xullo de 2016, e os informes da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial, neste último manifestando a existencia de crédito adecuado e suficiente na aplicación 2016/942.9420.762.14 do Orzamento provincial, por importe de 902.144,96 €. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do RDL 781/1986, de 18 de abril e as Bases de execución do Orzamento Provincial do exercicio 2016 e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación provincial de Pontevedra e o Concello de Vigo para a execución de obras de substitución de firmes en viarios municipais nas diferentes parroquias do Concello de Vigo, cuxo texto di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE VIGO PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS DE SUBSTITUCIÓN DE FIRMES EN VIARIOS MUNICIPAIS NAS DIFERENTES PARROQUIAS DO CONCELLO DE VIGO En Vigo, _______ de _______________ de 2016 REUNIDOS Dunha parte, Dona María del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, na representación legal que da mesma lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra, Don Abel Caballero Álvarez, Alcalde-Presidente do Concello de Vigo, na representación legal desta Administración municipal, que lle atribúe o artigo 124.4.a) do mesmo texto legal. Recoñécense mutuamente os comparecentes a capacidade e a representación necesaria para a sinatura do presente convenio de colaboración, e a estes efectos EXPOÑEN I.- Que, no exercicio das súas respectivas competencias, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vigo, con data 20 de novembro de 2015, asinaron un protocolo de colaboración en orde a afondar na colaboración administrativa entre ambas institucións e, especialmente, para a cooperación na planificación e execución dos proxectos e actuacións que no propio convenio se sinalan; actuacións e proxectos entre os que se inclúen, no que ao presente convenio importa, os encamiñados á transformación sostible da infraestrutura viaria municipal. II.- Que no devandito protocolo de colaboración se convén que as distintas actuacións nel previstas se desenvolverán a través de convenios específicos, cuxa execución administrativa, técnica e contractual corresponderá ao Concello de Vigo, que deberá observar os procedementos de avaliación e seguimento da execución dos convenios a establecer nestes. III.- Que o Concello de Vigo, en execución das súas previsións para a transformación sostible do viario municipal, considera necesaria a substitución dos firmes de distintos viarios en diferentes parroquias do termo municipal, alcanzando a necesidade da substitución aos viarios municipais que seguen:  Sárdoma: estrada Miraflores  Castrelos: camiño Viloura  Candeán: camiño Monte Vixiador  Teis: Avenida Dona Fermina  Alcabre: camiño Forte e camiño Cruceiro.  Coruxo: camiño Viño  Matamá: rúa Roupeiro e estrada Beirán.  Zamáns: estrada Marcosende  Bembrive: Arieiro  Zona Bouzas: rúa Covadonga e rúa Eduardo Cabello  Zona Castro: rúa Arines, rúa Couto, rúa Marqués de Alcedo  Zona Praza América: rúa Pastora IV.- Que os servizos técnicos municipais, de acordo co proxecto que se anexa o presente expediente, estiman nun máximo de novecentos dous mil cento corenta e catro euros con noventa e seis céntimos (902.144,96 €) IVE incluído, o custe da execución dos proxectos de obras de substitución de firmes nos viarios municipais arriba relacionados e da contratación da asistencia técnica á dirección de obra. V.- Que, de acordo coas precedentes consideracións e en desenvolvemento do protocolo de colaboración referido no punto primeiro, que contempla, segundo vai dito, como un dos seus obxectivos estratéxicos a transformación sostible das infraestruturas viarias e dotacionais, como é a actuación de substitución de firmes á que o presente convenio se refire, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra, á vista da natureza e importancia que para a cidade de Vigo teñen estas actuacións, acordaron aprobar o presente convenio de colaboración, que asinan agora os aquí comparecentes, con arranxo aos seguintes: PACTOS Primeiro: Obxecto do convenio: Ó obxecto do presente convenio é o de establecer e concretar o réxime de colaboración entre ambas administracións locais para o financiamento da execución dos proxectos de obras de substitución de firmes, nos viarios que se relacionan na parte expositiva deste convenio, e para o financiamento da contratación da asistencia técnica á dirección das obras. Segundo: Financiamento do convenio: As obras ás que se refire o presente convenio serán financiadas pola Deputación Provincial. A Deputación provincial obrígase a achegar ó Concello de Vigo o importe correspondente o custe da contratación da execución das obras e o da asistencia técnica á dirección de obra, ata a cantidade máxima de novecentos dous mil cento corenta e catro euros con noventa e seis céntimos (902.144,96 €), para o conxunto das dúas contratacións referidas. O financiamento comprometido en relación as obras licitadas, atenderá ao importe definitivo derivado da certificación final das obras executadas, o cal terá como límite máximo o importe acordado, e o seu pagamento realizarase contra a aplicación 2016/942.9420.762.14 do vixente orzamento provincial. No caso de que os investimentos realizados teñan un custo inferior ó inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha execución deficiente da totalidade dos proxectos, a contía da achega reducirase proporcionalmente. Terceiro: execución do convenio: 1º.- A execución dos contratos a que o presente convenio se refire e o financiamento dos mesmos pola Deputación Provincial terá lugar no ano 2016. Non obstante, o eventual reaxuste da anualidade da execución dos ditos contratos provocará o reaxuste da anualidade do presente convenio, a cuxo efecto o Concello de Vigo, previa proposta da Comisión de Seguimento do convenio, dará audiencia á Deputación Provincial no expediente que se inicie para o reaxuste da anualidade de calquera dos ditos contratos e da resolución que se dite. 2º.- Aprobado que sexa o proxecto ou proxectos de obras de substitución de firmes a que o presente convenio se refire, o Concello de Vigo remitirá copia destes á Deputación Provincial para o seu coñecemento. 3º.- Formalizado o contrato ou contratos de obras para a execución do proxecto ou proxectos a que se refire o anterior parágrafo, remitirase copia do mesmo ou dos mesmos á Deputación Provincial e comunicarase a esta a data e hora en que terá lugar a comprobación do replanteo, á que asistirá, de consideralo procedente a Corporación provincial, un representante desta. Copia da acta que se levante será remitida á Deputación Provincial coa primeira certificación de obra que expida o director da mesma. 4º.- O Concello de Vigo comunicará á Deputación Provincial a data e hora en que terá lugar, ao remate das obras do proxecto ou proxectos, o acto de recepción destas, ao que asistirá, de consideralo procedente a Corporación provincial, un representante ou facultativo desta. A Administración municipal remitirá á provincial copia da acta do dito acto de recepción e certificación das resolucións da Xunta de Goberno Local aprobatorias da recepción das obras executadas e da certificación final das mesmas. 5º.- Formalizado que sexan o contrato ou contratos de servizos para a asistencia técnica á dirección das obras, remitirase copia dos mesmos á Deputación Provincial así como dos abonos a conta que en execución dos mesmos se poidan producir, que deberán ser reembolsados a Administración municipal. En todo caso, a achega ao Concello de Vigo farase efectiva mediante transferencia bancaria, unha vez presentada a seguinte documentación:  Orixinal ou copia compulsada das facturas expedidas polas empresas adxudicatarias dos traballos realizados.  Certificacións de obra executada. Xunto coa primeira certificación se remitira unha proba gráfica da difusión dada ó investimento que se financia coa axuda da Deputación.  Certificación ou acto de aprobación/conformidade dos gastos polo órgano municipal.  Nomeamento do Director de obra e coordinador de seguridade e saúde.  Contrato/s de adxudicación da/s obra/s, nos casos que sexa necesario.  Acta/s de recepción, unha vez rematado/s os investimentos.  Declaración do conxunto de axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a actividade obxecto deste convenio, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades. O concello poderá realizar xustificacións parciais, que responderán ao ritmo de execución do investimento, que se aboarán pola contía equivalente á xustificación presentada. Cuarta.- compromisos do concello: O Concello de Vigo obrígase a:  Redactar e aprobar o/s correspondente/s proxecto/s de obra, debendo remitir un exemplar aprobado á Deputación Provincial.  Contratar as asistencias técnicas á dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.  Obter as correspondentes licenzas e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que fosen precisas.  Licitar, dirixir, executar, controlar e recepcionar as obras segundo os correspondentes proxectos técnicos.  Remitir, unha vez formalizados os contratos de obra, unha copia destes á Deputación Provincial, e comunicar a data e hora en que terá lugar a comprobación do replanteo, á que asistirá, de consideralo procedente un representante da Deputación.  Xustificar perante a Deputación os investimentos realizados mediante a expedición das correspondentes certificacións de obra aprobadas polo órgano competente do Concello; aboándose para cada certificación que se presente a parte proporcional en relación ao custe total do investimento.  Comunicar á Deputación a data e hora en que terá lugar o acto de recepción das obras, ao que asistirá, de consideralo procedente, un representante da institución provincial.  Dar a adecuada publicidade a este convenio, de tal xeito que quede constancia que as obras obxecto do mesmo se levaron a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra.  Levar a cabo o mantemento e conservación das infraestruturas obxecto deste convenio, tendo a asunción da dita responsabilidade desde o día seguinte ao da formalización da acta de recepción de obras coas obrigas establecidas na normativa patrimonial das administracións públicas.  Destinar os fondos percibidos ó obxecto concreto para o que foron concedidos.  Comunicar á Deputación de forma inmediata, a obtención doutras subvencións ou axudas para a mencionada finalidade procedentes de calquera administración pública ou ente privado nacional ou internacional, con expresión da súa contía.  Prestar a colaboración e facilitar canta documentación lle sexa requirida no exercicio das funcións de fiscalización e control do destino das axudas que lle corresponden á Intervención Provincial, ó Tribunal de Contas e ao Consello de Contas. Asemade, o Concello de Vigo comprométese ao cumprimento das obrigas contidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia e en especial as recollidas no artigo 11 da mesma. Tamén será de aplicación o establecido no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, na Lei 38/2003 Xeral de Subvencións e no seu regulamento, aprobado polo Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo. Quinto.- compromisos da Deputación: A Deputación de Pontevedra comprométese a financiar os custes derivados da realización das obras, incluídos os honorarios de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde, ata a cantidade máxima de novecentos dous mil cento corenta e catro euros con noventa e seis céntimos (902.144,96 €), de conformidade co disposto na cláusula segunda, que será librada contra a presentación das correspondentes certificacións de obra e facturas do gasto efectuado e na parte proporcional do financiamento. Se da certificación final de obras resultase cantidade a pagar ao contratista, a Deputación provincial comprométese a reembolsar a dita cantidade ao Concello de Vigo, tendo en conta o límite máximo establecido no pacto segundo. A Deputación Provincial someterá os proxectos de obra obxecto deste convenio á supervisión e comprobación dos seus servizos técnicos, e se o estima oportuno, poderano someter á aprobación do órgano de goberno que corresponda, coa finalidade de autorizar as actuacións previstas nos mesmos. A Deputación Provincial poderá inspeccionar a execución das obras obxecto do presente convenio e formular as observacións que estime pertinentes, sen prexuízo de que corresponda en exclusiva ó órgano de contratación e ós responsables dos respectivos contratos a emisión das ordes e instrucións que procedan. Non obstante, as actuacións estarán sometidas á comprobación explícita da execución da obra por parte dos servizos técnicos da Deputación Provincial. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material da inversión polo órgano concedinte debendo quedar constancia no expediente xustificativo. A comprobación material definida no parágrafo anterior poderase encomendar a outro órgano distinto do que concedeu a subvención. Sexta.- publicidade: En toda a documentación e informacións relativas ás actuacións a que se refire o presente convenio se incluirá a imaxe corporativa que a este fin facilite a Deputación Provincial de Pontevedra e nelas figurará, tamén, de maneira destacada o financiamento das ditas actuacións pola Deputación Provincial. Nas obras figurará sempre un panel informativo no que, ademais dos datos necesarios esixidos pola normativa municipal, figurará a imaxe corporativa da Deputación Provincial de Pontevedra e o financiamento da Administración provincial destas actuacións viarias. Sétima.- compatibilidade con outras subvencións: Conforme o disposto no artigo 40.1º, letra d) do Decreto 11/2009, a achega económica prevista no presente instrumento será compatible con outras subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou e organismos internacionais. Porén, o importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo das obras subvencionadas. Oitava: comisión de seguimento: Para o seguimento e coordinación da execución deste convenio e resolución das dúbidas que poidan producirse na súa interpretación crearase unha comisión integrada por tres representantes de cada unha das Administracións asinantes, un dos cales terá carácter técnico. Corresponderá á Comisión de Seguimento:  A puntual recepción de información sobre tódalas as actuacións que se produzan na execución dos contratos a que este convenio se refire  A coordinación entre as administracións asinantes na execución e financiamento do convenio, ditando ao efecto as instrucións oportunas  A resolución das dúbidas que presente a interpretación do convenio e, no seu caso, a emisión de informe se a dúbida ten de ser resolta polos órganos de goberno das administracións asinantes.  A emisión informe en relación coa necesidade do reaxuste da anualidade do convenio e en relación con cantas incidencias se produzan na execución dos contratos a que este se refire.  A formulación das propostas que procedan en relación ás cuestións a que os seus informes se refiran. A Comisión de Seguimento reunirase cando o estime conveniente o seu responsable, por decisión propia ou a petición de calquera dos seus membros, e en todo caso unha vez ao mes. As súas reunións terán lugar na Casa do Concello de Vigo. Na reunión constituínte da Comisión de Seguimento designarase ao responsable da mesma e ao seu secretario que levantará acta das súas reunións. Novena: vixencia: O presente convenio producirá os seus efectos desde a data da súa sinatura ata o total execución dos contratos a que o mesmo se refire, sen que en ningún caso o seu prazo de vixencia poida superar os catro anos, contados desde a súa sinatura. Décima: extinción do convenio: O convenio extinguirase polo cumprimento das actuacións que constitúen o seu obxecto ou por incorrer en causa de resolución. Serán causas de resolución: 1º.- O transcurso do prazo máximo de vixencia do convenio. 2º.- O acordo unánime dos asinantes. 3º.- O incumprimento das obrigas e compromisos asumidos por parte dalgún dos asinantes. Neste caso, notificarase á parte incumpridora un requirimento para que, no prazo que se sinale, cumpra coas obrigacións ou compromisos que se consideran incumpridos. Este requirimento será comunicado tamén ao responsable da Comisión de Seguimento. Se transcorrido o prazo indicado no requirimento persistira o incumprimento, a parte que o dirixiu notificará á outra parte a concorrencia de causa de resolución e entenderase resolto o convenio. A resolución do convenio por esta causa poderá dar lugar a indemnización dos danos e perdas causados. 4º.- Por decisión xudicial declaratoria da nulidade do convenio. 5º.- Por calquera outra causa distinta das anteriores prevista no convenio ou noutras leis. Undécima: réxime xurídico: O presente convenio ten natureza administrativa e rexerase pola Lei 38/2003 do 17 de novembro, xeral de subvencións e o RD 887/2006, de 21 de xuño, polo que se aprobou o seu regulamento, nos seus preceptos básicos; a lexislación básica do Estado en materia de réxime local; a Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia; os preceptos non básicos da Lei 38/2003 e do RD 887/2006; polos pactos que se conteñen neste convenio; as Bases de Execución dos orzamentos das Administracións asinantes e as restantes normas de dereito administrativo, e no seu defecto, as normas de dereito privado. O Alcalde-Presidente do Concello de Vigo Asdo.: Abel Caballero Álvarez, A Presidenta da Deputación de Pontevedra Asdo.: Mª Carmen Silva Rego, A Secretaria do Concello de Vigo, Asdo.: Mª Concepción Campos Acuña, O Secretario da Deputación de Pontevedra, Asdo.: Carlos Cuadrado Romay”, - Condicionar a concesión a axuda á aprobación, por parte do Concello de Vigo, do proxecto de substitución de firmes en viarios nas diferentes parroquias de Vigo, así como do texto do convenio arriba referido. - Facultar á Presidenta para formalizar o devandito Convenio de Colaboración mediante a súa sinatura. 18.24671.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN A DIVERSOS CONCELLOS CON DESTINO Ó PAGAMENTO DE GASTO CORRENTE, ACREDORES DE INVESTIMENTOS E AMORTIZACIÓN DE DÉBEDA, INCLUÍDAS NA LIÑA 2 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DOS CONCELLOS)-2016- RELACIÓN Nº 11 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27/11/2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 02/12/2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. Asemade mediante resolución presidencial de 13/01/2015 aprobouse o reparto definitivo unha vez detraídas as débedas pendentes coa Deputación, no seu caso, que foi notificado ós concellos, segundo o previsto na base 7ª do Plan de Concellos 2016. Segundo o disposto na base quinta, da cantidade total que lle corresponda a cada concello, estes poderán destinalo ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 15% con cargo á liña 2 de subvención (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes). Ó abeiro desta Liña 2 presentáronse varias solicitudes de subvención, que se relacionan a continuación, e que achegan a documentación e cumpren os requisitos esixidos nas bases. En canto á súa finalidade axústase á tipoloxía da Liña 2 de subvención, e solicitan axuda para Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes. Liña 2 – relación nº 11 Concellos Obxecto Orzamento Subvención Lalín Subministro de materiais para a conservación e bacheo das pistas asfaltadas do concello de Lalín 207.511,13 207.511,13 As neves Débedas por consumo enerxía eléctrica 2016 59.329,86 56.312,56 Rodeiro Gasto corrente novo 30.900,84 30.900,84 Total 294.724,53 € O Concello de Rodeiro, con data de entrada no rexistro da Deputación 07/03/2016 e nº2016023382, e entregado en Correos en data 03/03/2016 dentro do prazo previsto na convocatoria, presenta solicitude de subvención con cargo á liña 2 do Plan co obxecto “Gasto corrente novo” e importe de 30.900,84 €. O Concello de As Neves presentou no prazo previsto na convocatoria solicitudes de subvención para os investimentos incluídos na Liña1 do Plan, “Reserva para achega ao proxecto denominado “Mellora de intersección no PK9+980 da PO-400” e “Muro de contención de Terras-Centro cultural Santiago de Ribarteme”. Dado que o Concello non pode levar a cabo o primeiro dos investimentos por falta de financiamento e que reformulou o segundo presentando unha solicitude por menor importe, presenta unha nova solicitude co obxecto “Débedas por consumo enerxía eléctrica 2016” incluída na Liña2 do plan. Esta nova solicitude por importe de 56.312,56 €, adecúase o límite asignado ó concello para a Liña2 do plan (79.073,51 €) e asemade conta co cofinanciamento do concello por importe de 3.017,30 € que completa un orzamento total de 59.329,86 euros, axustándose ós límites previstos no plan para a Liña2 e sen que exceda do límite global asignado ó concello. O Concello de Lalín, con data de entrada no rexistro da Deputación 02/03/2016 e nº2016021627, dentro do prazo previsto na convocatoria, presenta solicitude de subvención con cargo á liña 1 do Plan (Investimentos) para “Conservación e bacheo das pistas asfaltadas”. Do exame do proxecto técnico achegado constátase que o obxecto da actuación non supón un investimento senón que se trata de mantemento de vías públicas, que debe considerarse como gasto corrente. En data 15/07/2016 e rexistro 2016075097 presenta unha nova solicitude, desistindo da a solicitude presentada con cargo á Liña1 do Plan e solicitando na súa substitución ó abeiro da Liña 2 do Plan, para a modalidade gasto corrente novo, “Subministro de materiais para a conservación e bacheo das pistas asfaltadas do Concello de Lalín”. Revisada a documentación achegada, as solicitudes incluídas nesta proposta cumpren os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, e solicita axuda para pagamento de acredores de gasto corrente e gasto corrente novo respectivamente. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e seu Regulamento, aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente:  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes:  Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma.  Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención.  Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función.  Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención.  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención Resolución do expediente:  Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor.  Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención.  Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios.  Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto.  Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención.  Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan.  Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio das competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL, e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e tendo en conta a consideracións xurídicas expostas e vistos o informe da Xefa do Servizo de Cooperación de data 21/06/2016 que conclúe favorablemente a concesión das subvencións, e o informe da intervención provincial de data 22/06/2016; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder unha subvención ós concellos que se detallan na seguinte táboa (Liña 2–Relación Nº 11) para as actuacións que se relacionan na mesma, por un importe total de 294.724,53 €. Estas achegas concédense ó abeiro do Plan de Obras e Servizos (Plan dos Concellos) 2016, dentro da súa Liña 2, con destino ó financiamento da amortización de débedas con entidades financeiras, pagamento de acredores de investimentos e de gastos corrente, e gasto corrente novo. Liña 2 – relación nº 11 Concello Obxecto Orzamento Subvención Lalín Subministro de materiais para a conservación e bacheo das pistas asfaltadas do concello de Lalín 207.511,13 207.511,13 As neves Débedas por consumo enerxía eléctrica 2016 59.329,86 56.312,56 Rodeiro Gasto corrente novo 30.900,84 30.900,84 Total 294.724,53 €  O importe das achegas imputarase contra a aplicación orzamentaria 16/942.9425.462.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto.  As subvencións concédense para colaborar no financiamento das actuacións propostas, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas.  O pago das subvencións farase anticipadamente unha vez se aprobe a concesión, agás no relativo ó gasto corrente novo e nas solicitudes que non achegan información relativa á aprobación do gasto, casos nos que só procederá o seu libramento despois de que os beneficiarios acheguen a pertinente xustificación e a correspondente aprobación do gasto polo órgano competente.  Os concellos deberán xustificar as axudas concedidas no prazo dun mes dende o cobro da subvención e en todo caso antes do mes de decembro de 2016, agás no caso do gasto corrente novo no que deberá xustificarse antes do 31 de marzo de 2017. O incumprimento desta obriga determinará a revogación das subvencións, así como o reintegro das cantidades percibidas de acordo co disposto no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.Para a xustificación cumpre achegar: • Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar: - Que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou, no caso de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. - Que se realizou a finalidade para a que se concedeu a subvención. - Que se lle deu difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación, indicando os medios onde se lle deu publicidade, e achegando no seu caso acreditación gráfica, ademais de cumprir co disposto na base décimo quinta sobre a publicidade. A este respecto a Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non se procederá o libramento desta. • No caso de pagamento de acredores de investimentos e de gasto corrente achegarase asemade: - Resolución ou certificación do acordo do órgano competente aprobando os pagamentos realizados ós acredores, indicando a data de pago. - Certificado expedido polo funcionario público competente da aplicación á finalidade subvencionada, quedando a disposición da institución provincial para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. • No caso do gasto corrente novo achegarase asemade: - Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando acredor e documento, importe, data de emisión e, se é posible, a data na que se pagou). - Certificado expedido polo funcionario público competente, de que os gastos que figuran na conta xustificativa se realizaron e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando a disposición do organismo provincial para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes.  Darlle traslado da presente resolución ós Concellos beneficiarios, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 19.24672.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE AGOLADA CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “MELLORA E CONSERVACIÓN DE CAMIÑOS DA REDE VIARIA MUNICIPAL” INCLUÍDO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 (LIÑA 1) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 03/03/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, sendas peticións do Concello de Agolada nas que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto dúas subvención por importe de 65.706,32 € e 41.392,04 € con destino ó financiamento das actuacións “Subministración material bacheo rede viaria-aridos” (Expdte.: 2016019840) e “Subministración material bacheo rede viaria-emulsión asfáltica (Expdte.: 2016019479). Revisada a documentación, as solicitudes remitidas non cumprían cos requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, por canto o obxecto das mesmas estaba referido á execución de meras reparacións que non tiñan encaixe na liña 1 dedicada ó financiamento de investimentos. Por esta razón, a requirimento do servizo de cooperación, o Concello de Agolada reformula as súas peticións e presenta unha nova proposta solicitando unha subvención, con cargo o Plan Concellos, por importe de 107.098,36 € con destino ó financiamento da obra denominada “Mellora e conservación de camiños da rede viaria municipal” (Expdte.: 2016029062). Revisada a nova documentación, a criterio do servizo de cooperación, cúmprese cos requisitos esixidos nas bases reguladoras, dado que a actuación proposta incrementa o valor patrimonial dos viarios municipais sobre os que se actúa e a súa vida útil, e polo tanto ten a consideración de investimento. Asemade, do exame do proxecto técnico achegado, o concello solicita unha axuda económica para cubrir o custe dos materiais necesarios para a realización do investimento, de feito que será a entidade municipal que achegue tanto a man de obra, a maquinaria e os medios auxiliares. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas Instrución do expediente:  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes:  Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma.  Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención.  Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función.  Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención.  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente:  Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor.  Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención  Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios  Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto.  Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención.  Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan, de feito que se algunha proposta ou proxecto non se axustara ó obxecto das bases, a Deputación poderá rexeitar dito proxecto. Neste caso, o Concello poderá achegar unha nova actuación. Así mesmo, na base 8ª establécese que os Concellos poderán executar as obras polo sistema de administración.  Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do enxeñeiro xefe de cooperación, de data 19 de xullo de 2016 e da xefa do servizo de cooperación, da mesma data, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 20 de xullo de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder ó Concello de Agolada , CIF.: P3602000F, a cantidade de 107.098,36 €, para o financiamento do investimento “Mellora e conservación de camiños da rede viaria municipal”, cuxo orzamento ascende a 141.842,75 €. De acordo co proxecto achegado, a obra executase polo sistema de administración, de feito que a subvención de 107.098,36 € financia a merca ou a subministración dos materiais precisos para normal execución do investimento e o importe restante, que ascende a 34.744,39 €, corresponde a man de obra e medios auxiliares que serán achegados polo Concello. Na xustificación o Concello de Agolada deberá achegar as certificacións ou facturas correspondentes ós gastos realizados e a certificación do secretario na que se detalle os pagamentos efectuados en concepto de man de obra, que se acompañará das nóminas e dos documentos de cotización que correspondan ata completar a totalidade do orzamento presentado.  Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto.  Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención.  Darlle traslado do presente acordo ó Concello de Agolada, á Intervención, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 20.24673.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MARÍN NO PLAN DE CONCELLOS 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “RECONSTRUCIÓN DE PONTE E URBANIZACIÓN DA RÚA PONTE ZAPAL” (LIÑA 1) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 12/02/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Marín na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 156.534,27 € con destino ó financiamento da actuación “Reconstrución de ponte e urbanización da rúa Ponte Zapal”. Segundo a documentación achegada o Ministerio de Fomento cofinancia este investimento con 84.000,00 €, ata completar un orzamento total por importe de 240.534,27 €. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime Xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente:  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes:  Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma.  Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención.  Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función.  Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención.  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención Resolución do expediente:  Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor.  Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención.  Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios.  Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto.  Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención.  Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan.  Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á LIÑA 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas.  Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Conclusións: A solicitude do Concello de Marín relativa ó financiamento da actuación “Reconstrución de ponte e urbanización da rúa Ponte Zapal” foi presentada dentro do prazo recollido na convocatoria do Plan de Concellos 2016, e asemade xunta a documentación precisa para a válida concesión dunha subvención por importe de 156.534,27 €. O obxecto do investimento encádrase, e adecúase dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8ª, á Liña 1, investimentos, tratándose dun investimento municipal executado polo concello dentro do marco das súas competencias. O financiamento deste investimento, cun orzamento de 240.534,27 €, complétase cunha subvención do Ministerio de Fomento por importe de 84.000,00 €. Asemade, o Xefe dos servizos técnicos de Mobilidade emitiu en data 01/06/2016, informe favorable de supervisión e control do proxecto técnico descritivo das obras a levar a cabo. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes e fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente o expediente do Concello de Marín e propoño que lle sexa concedida unha subvención por importe de 156.534,27 € con destino ó financiamento do investimento “Reconstrución de ponte e urbanización da rúa Ponte Zapal” (exp.: 2016029347), sen prexuízo de que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos o informe técnico dos Servizos Técnicos de Mobilidade e o informe da Xefa do servizo de Cooperación, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 20 de xullo de 2016, a a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder unha subvención ó Concello de Marín, NIF P3602600C, por importe de 156.534,27 euros, para a realización do investimento “Reconstrución de ponte e urbanización da rúa Ponte Zapal” (exp. 2016029347), e para o que ó concello lle foi concedida unha subvención do Ministerio de Fomento por 84.000,00 E, ata completar un orzamento total por importe de 240.534,27 €.  Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto.  Convén lembrar que o concello deberá posuír todas as autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 21.24674.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO NO PLAN DE CONCELLOS 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “REHABILITACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS” (LIÑA 1) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Mondariz Balneario na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 84.167,47 € con destino ó financiamento da actuación “Rehabilitación praza de abastos”, cun orzamento polo mesmo importe. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS)  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL)  Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP)  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG)  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL)  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016 Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente:  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes:  Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma.  Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención.  Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función.  Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención.  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención Resolución do expediente:  Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor.  Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención  Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios  Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto.  Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención.  Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan.  Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á Liña 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas.  Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente o expediente do Concello de Mondariz Balneario e propoño que lle sexa concedida unha subvención por importe de 84.167,47 € con destino ó financiamento do investimento “Rehabilitación praza de abastos” (exp. 2016028959), sen prexuízo de que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos o informe técnico do Enxeñeiro Xefe de Cooperación e o informe da Xefa do servizo de Cooperación, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 21 de xullo de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder unha subvención ó Concello de Mondariz Balneario, NIF.P3603100C, por importe de 84.167,47 €, para a realización do investimento “Rehabilitación praza de abastos” (Exp. 2016028959), cun orzamento polo mesmo importe, 84.167,47 €.  Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto.  Convén lembrar que o concello deberá posuír todas as autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución do investimento ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 22.24675.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DO PORRIÑO CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “ACONDICIONAMENTO DE LOCAL PARA ARQUIVO MUNICIPAL” INCLUÍDO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 (LIÑA 1) Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 26/02/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello do Porriño na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 116.284,63 € con destino ó financiamento do investimento “Acondicionamento de local para arquivo municipal” (Expdte.: 2016029529). Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. O concello certifica a titularidade municipal dos inmobles sobre os que se vai a actuar. Asemade, do exame do conxunto das peticións achegadas polo Concello do Porriño ó abeiro do Plan de Concellos despréndese que este non fai uso da cantidade asignada á liña 2 de feito que a cantidade non disposta incrementou á liña 1 dedicada ó financiamento de investimentos. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS)  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL)  Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP)  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG)  Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS)  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL)  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016 Consideracións Xurídicas Instrución do expediente:  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes:  Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma.  Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención.  Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función.  Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención.  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención Resolución do expediente:  Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor.  Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención  Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios  Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto.  Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención.  Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan.  Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación.  Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016 que dispón que as cantidades que os concellos non empreguen das liñas 2,3 e 4 poderanas utilizar para facer investimentos. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do enxeñeiro xefe de cooperación, de data 21 de xullo de 2016, e da xefa do servizo de cooperación, da mesma data, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 21 de xullo de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder ó Concello do Porriño , CIF.: P3603900F, a cantidade de 116.284,63 €, para o financiamento do investimento “Acondicionamento de local para arquivo”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, 116.284,63 €.  Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto.  Convén lembrar que o concello deberá posuír todas as autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención.  Darlle traslado do presente acordo ó Concello do Porriño, á Intervención, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 23.24676.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS NO PLAN CONCELLOS 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “PROXECTO DE HUMANIZACIÓN DAS RÚAS COMPOSTELA, PARTE DE RAFAEL TILVE ADRIO E RÚA CORUÑA” (LIÑA 1) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Salceda de Caselas na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 196.308,14 euros con destino ó financiamento da actuación “Proxecto de humanización das rúas Compostela, Joaquín Fernández Sestelo e Rúa Coruña”, cun orzamento polo mesmo importe. Dado que foi necesario facer modificacións no proxecto técnico, resultou preciso a modificación do nome do investimento que pasou a ser “Proxecto de humanización das rúas Compostela, parte de Rafael Tilve Adrio e rúa Coruña”, para o que o concello presentou solicitude modificada en data 21/06/2016. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. No informe da Intervención Provincial de 18/07/2016 reflectiuse que a acta de trazado previo (Anexo III) achegada non era orixinal, debéndose incorporar o exemplar orixinal ó expediente, para o cal o concello presentou dito exemplar debidamente dilixenciado no rexistro da Deputación en data 19/07/2016. A petición contempla os gastos de execución, 189.925,39 €, así como os honorarios de redacción de proxecto e aqueles que son inherentes a execución do proxecto por importe de 6.382,75 €, que son subvencionables conforme o disposto na base 8ª sempre e cando se solicite e motive expresamente. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS)  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL)  Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP)  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG)  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL)  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016 Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente:  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes:  Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma.  Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención.  Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención.  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención Resolución do expediente:  Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor.  Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención.  Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios.  Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto.  Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención.  Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan.  Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á LIÑA 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas.  Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos o informe técnico do xefe dos servizos técnicos de Mobilidade de 18/07/2016, e o informe da xefa do Servizo de Cooperación de 18/07/2016, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 18/07/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder unha subvención ó Concello de Salceda de Caselas, NIF.P3603100C, por importe de 196.308,14 €, para a realización do investimento “Proxecto de humanización das rúas compostela, parte de Rafael Tilve Adrio e rúa Coruña” (exp.:2016028995), cun orzamento polo mesmo importe, 196.308,14 €. Deste importe, 189.925,39 € corresponden á execución das obras, e 6.382,75 € ós honorarios de redacción do proxecto e aqueles que son inherentes a súa execución, que foron solicitados formal e expresamente polo concello, resultando subvencionables ó abeiro da base oitava do Plan de Concellos 2016  Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto.  Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución do investimento ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade, ó abeiro da base 18ª do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 24.24677.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VALGA CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “SANEAMENTO NOS LUGARES DE CASAL DE EIRIGO, MEDELA, CANLE, COTRIÑOS E CARRACIDO” INCLUÍDO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 (LIÑA 1) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 26/02/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Valga na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 200.350,00 euros con destino ó financiamento do investimento “Saneamento nos lugares de Casal de Eirigo, Medela, Canle, Contriños e Carracido” (Expdte.: 2016029409). Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Do exame das peticións achegadas polo Concello de Valga ó abeiro do Plan de Concellos despréndese que o Concello non fai uso das cantidades asignadas ás liñas 2, 3 e 4, de feito que a cantidades non dispostas incrementaron á liña 1 adicada ó financiamento de investimentos. Compre sinalar que o informe de supervisión favorable do proxecto foi emitido en data 29 de febreiro de 2016 e o servizo de cooperación remite toda a documentación para a súa fiscalización á intervención provincial o día 20 de xullo de 2016. A demora na tramitación debeuse a que o Concello non foi quen de aprobar o proxecto ata o día 18 de xullo de 2016, no intre que dispuxo das autorizacións sectoriais preceptivas e necesarias para a normal execución da obra. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente:  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes:  Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma.  Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención.  Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función.  Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención.  Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente  Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor.  Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención  Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios  Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto.  Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención.  Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan.  Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación.  Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016 que dispón que as cantidades que os concellos non empreguen das liñas 2,3 e 4 poderanas utilizar para facer investimentos. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do enxeñeiro xefe de cooperación, de data 29 de febreiro de 2016 e da xefa do servizo de cooperación, de 20 de xullo de 2016, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 21 de xullo de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder ó Concello de Valga , CIF.: P3605600J, a cantidade de 200.350,00 €, para o financiamento do investimento “Saneamento nos lugares de Casal de Eirigo, Medela, Canle, Cotriños e Carracido”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, 200.350,00 €.  Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto.  Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención  Darlle traslado do presente acordo ó Concello de Valga, á Intervención, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 25.24678.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 15.24108 DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 12 DE FEBREIRO DE 2016 SOBRE A CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CUNTIS NO MARCO DO PLAN CONCELLOS 2016 CORRESPONDENTE Á LIÑA 4: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS – 3ª RELACIÓN Primeiro.- O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 27/11/2015, aprobou as “Bases reguladoras e convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016”, que recolle os procedementos para conceder subvencións a 60 municipios da provincia para financiar actuacións e investimentos, propostas que deben estar relacionadas coas materias que os municipios exercen como competencias propias ou, en todo caso, as atribuídas por delegación, de conformidade co artigo 7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ditas bases foron publicadas no BOPPO nº 233 de 02/12/2015 (tendo en conta a corrección de erros publicada no BOPPO nº 250 de 30/12/2015). Segundo.- Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención e dos informes da xefa do Servizo de Cooperación e do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 12 de febreiro de 2016, punto número 15.24108, acordou a concesión de subvencións ó abeiro do Plan Concellos 2016 correspondente á liña 4: Emprego para Conservación de Bens e Servizos Municipais-3ª Relación, mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, con cargo á aplicación 2016/942.9425.462.03 do vixente Orzamento Provincial. Terceiro.-. No caso do Concello de Cuntis (expediente núm. 2016003506) concedéuselle unha axuda conforme á seguinte táboa: Concello CUNTIS Nº de traballadores 20 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 1 enxeñeiro agrónomo a xornada completa durante 10,5 meses, 1 condutor a xornada completa durante 10,5 meses, 1 palista a xornada completa durante 10,5 meses, 1 operario desbrozadora a xornada completa durante 10,5 meses, 1 técnico de protección civil a xornada completa durante 9 meses, 3 albaneis a xornada completa durante 5 meses, 4 albaneis a xornada completa durante 6 meses, 1 condutor tractor desbrozadora a xornada completa durante 6 meses, 6 peóns de obra pública a xornada completa durante 4 meses e 1 auxiliar administrativo a xornada completa durante 4 meses. Importe concedido 113.085,99 € Cuarto.- Mediante escrito con entrada no Rexistro da Deputación o 15/07/2016, núm. 2016075054, solicita que se modifique o seu acordo de concesión, debido ás dificultades para realizar no prazo previsto inicialmente o proceso de selección dun enxeñeiro agrónomo e dun condutor, de xeito que en lugar de contratalos durante 10,5 meses, se solicita que se reduzan os seus contratos a 9,5 meses e que se incrementen no seu lugar os contratos de dous albaneis de cinco a seis meses, sen que implique cambio algún no importe total da subvención concedida nin na duración e tipo de xornada dos contratos. Fundamentos xurídicos: - O artigo. 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, establece que se poderá autorizar a modificación sempre que non se danen dereitos de terceiros. A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 25ª.5ª.b) das do orzamento provincial, dispón que os beneficiarios da subvención quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida, co obxecto de que, se se estiman con suficiente antelación, poida procederse á modificación da resolución. - Artigos 213 e ss. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar estas funcións. - Base décimo cuarta do Plan Concellos 2016 no referente ás modificacións das resolucións de concesión das subvencións. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto os informes da xefa do Servizo de Cooperación e da Intervención Provincial e que non se modifica o importe da subvención nin se observa prexuízo algún a terceiros, tendo en conta que aínda non finalizou o prazo para a realización da actividade subvencionada, informo favorablemente a aprobación da modificación do acordo da Xunta de Goberno núm. 15.24129 do día 19/02/2016 no referente á axuda concedida ó Concello de Cuntis da maneira que segue: Concello CUNTIS Nº de traballadores 20 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 1 enxeñeiro agrónomo a xornada completa durante 9,5 meses, 1 condutor a xornada completa durante 9,5 meses, 1 palista a xornada completa durante 10,5 meses, 1 operario desbrozadora a xornada completa durante 10,5 meses, 1 técnico de protección civil a xornada completa durante 9 meses, 1 albanel a xornada completa durante 5 meses, 6 albaneis a xornada completa durante 6 meses, 1 condutor tractor desbrozadora a xornada completa durante 6 meses, 6 peóns de obra pública a xornada completa durante 4 meses e 1 auxiliar administrativo a xornada completa durante 4 meses. Importe concedido 113.085,99 € Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Modificar o acordo da Xunta de Goberno número 15.24108 do día 12/02/2016, no referente á subvención concedida ó Concello de Cuntis, que queda como segue: Concello CUNTIS Nº de traballadores 20 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 1 enxeñeiro agrónomo a xornada completa durante 9,5 meses, 1 condutor a xornada completa durante 9,5 meses, 1 palista a xornada completa durante 10,5 meses, 1 operario desbrozadora a xornada completa durante 10,5 meses, 1 técnico de protección civil a xornada completa durante 9 meses, 1 albanel a xornada completa durante 5 meses, 6 albaneis a xornada completa durante 6 meses, 1 condutor tractor desbrozadora a xornada completa durante 6 meses, 6 peóns de obra pública a xornada completa durante 4 meses e 1 auxiliar administrativo a xornada completa durante 4 meses. Importe concedido 113.085,99€ 2. Darlle traslado do acordo ó Concello de Cuntis, á Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 26.24679.- INTERPRETACIÓN DOS CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS FEDERADAS DE ÁMBITO NACIONAL (C/16) E MOTIVACIÓN DA REDUCIÓN DA SÚA CONTÍA A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno do día 12 de febreiro de 2016 as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades e clubs deportivos da provincia de Pontevedra que participen en competicións federadas de ámbito nacional durante o ano 2016, na que se convoca o programa C/16 “deporte nacional” con 500.000,00 € na aplicación orzamentaria 16/340.3410.489.20 e sendo publicadas no BOPPO nº 33 de 18 de febreiro de 2016. Posteriormente, o Pleno da Corporación Provincial na súa sesión ordinaria de 26/02/2016 suplementou a citada aplicación no importe de 300.000,00 €. Na base 7ª das mesmas, establécense os criterios obxectivos de valoración para a concesión das subvencións en función dunhas puntuacións máximas por nivel de competición da entidade, nº de licenzas federativas, nº de equipos participantes por categoría, nº de equipos en categoría base e orzamento. Para comprender o proceso de baremación dos distintos criterios das bases, determínase o seguinte: Dos anteriores criterios sinalados, o número de equipos en categoría base e orzamento a puntuación e fixa e igual para todas as modalidades e nos 3 restantes (nivel de competición da entidade, nº de licenzas e nº de equipos participantes por categorías) a puntuación varía dado que, segundo informe do xefe do servizo de Deportes de 21 de xullo de 2016, é necesario identificar os aspectos estruturais e funcionais relacionados con cada un das distintas modalidades deportivas, individuais, de adversario, de equipos, etc. e valorar as posibilidades existentes entre modalidades deportivas de cada equipo. 1) Nivel de competición: As modalidades colectivas con maior número de clubs con presenza na provincia (fútbol, baloncesto, balonmán, ciclismo) asignaráselle a maior puntuación: 35 puntos. En función deste criterio ponderaranse as demais modalidades deportivas ata chegar ás individuais coas menores puntuacións (tenis de mesa, surf, squash, salvamento, natación, etc…) que puntuaranse entre 1 e 8 puntos; e dicir, de 1 a 35 puntos é o escalafón utilizado para ir dende as disciplinas deportivas individuais con menor presenza na provincia ata as modalidades colectivas con maior presenza. 2) Número de licenzas: Utilizarase a mesma clasificación para todas, agás naquelas modalidades deportivas cuxos clubs con única presenza que acumulan todas as licenzas provinciais que se ponderarán para non monopolizar as axudas con menos puntuación. 3) Nº equipos participantes na actual temporada: Valoraranse de 5 a 20 puntos os clubs de deportes colectivos e que teñan competicións regulares e de 1 a 10 puntos as modalidades de deportes individuais e que non teñen competicións regradas. As modalidades deportivas colectivas desenvolven ligas e competicións regradas, polo cal non poden compararse cos deportes que durante a temporada acudan soamente a competicións convocadas polas distintas federacións. Existen modalidades de menor arraigo deportivo e por isto, tamén é menor o nº de clubs existentes, o que fai que acaparen más licenzas deportivas (judo, ximnasia, etc…), valorándose menos de 1 a 10 puntos. Por outro lado, a contía a repartir entre as distintas solicitudes presentadas e que cumpren cos requisitos establecidos nas bases, é de 675.000,00 € e non dos 800.000,00 € inicialmente previstos, posto que asináronse diversos convenios con clubs de máxima categoría nas súas modalidades (Club Balonmán Cangas, S.D. Teucro, Club Atlético Guardés,…) que deberían ser obxecto desta convocatoria, e en consecuencia prodúcese un sobrante que de ser repartido produciría un incremento desorbitado nas cantidades a percibir polos distintos clubs solicitantes. Por todo isto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a citada interpretación dos criterios de valoración das bases, así como a redución da contía. 27.24680.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓN FEDERADA DE ÁMBITO NACIONAL DURANTE O ANO 2016 (C/16) Retírase da orde do día, pendente de mellor estudo, expediente relativo á aprobación da “Concesión de subvencións a entidades e clubs deportivos da provincia de Pontevedra que participen en competición federada de ámbito nacional durante o ano 2016 (C/16)”. 28.24681.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 29.24682.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición