Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2016-09-23_Ordinaria. Acta de sesión 2016/09/23_Ordinaria
Acta de sesión 2016/09/23_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.839/1.2016-09-23_Ordinaria
Título Acta de sesión 2016/09/23_Ordinaria
Data(s) 2016 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 110 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do día vinte e tres de setembro do ano dous mil dezaseis, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste o deputado provincial D. Carlos López Font, xustificando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.24792.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 16 de setembro de 2016. 2.24793.- AUTORIZACIÓN REDACCIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “OBRAS DE CONSERVACIÓN NO CASTELO DE SOBROSO (PONTEAREAS)” (Expte. nº2015021631) Resultando.- Que a Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión ordinaria celebrada o día 19/05/2015 acordou aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas, para levar a cabo o desenvolvemento do proxecto “Obras de conservación no Castelo de Sobroso”. O citado convenio recolle que a súa vixencia se prolongará ata o día 30/06/2016. Resultando.- Que o mesmo órgano na súa sesión celebrada o día 27/11/2015 acordou adxudicar á empresa Construcciones Abal, S.A. o contrato de execución da citada obra, por un importe de 261.633,06 €, IVE incluído, e un prazo de execución de catro meses. Resultando.- Que con data 05/02/2016 formalizouse acta de comprobación de reformulo negativa debido a que se estaba á espera da licenza municipal e autorización da Dirección Xeral de Patrimonio. Resultando.- Que con data 14/03/2016 formalizouse acta de comprobación de replanteo, establecéndose nese intre como dada para finalizar a obra o día 14/07/2016. Resultando.- Que con data 06/06/2016 formalizouse acta de suspensión da execución da obra ante a necesidade de redactar proxecto modificado. Resultando.- Que con data 05/07/2016 o Arquitecto Provincial (director da obra) emite informe solicitando a redacción do proxecto modificado da obra “Conservación no Castelo de Sobroso (Ponteareas)”. Resultando.- Que as causas polas que o director de obra ve necesario solicitar a redacción do proxecto e que se detectan algúns erros e omisións no proxecto, imprescindibles para a execución de determinadas partidas. As modificacións descritas no informe do director de obra son necesarias e indispensables para acabar coa obra proxectada. Con elas non se alteran as condicións esenciais de licitación e adxudicación. As modificacións supoñen un incremento 4 % do presuposto de adxudicación, valorado na contía de 12.568,15 €. Resultando.- Que a Xunta de Goberno da Deputación na súa sesión ordinaria celebrada o día 12/08/2016 acordou aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para levar a cabo o desenvolvemento do proxecto de obras de conservación no castelo de Sobroso, incluíndo unha contía de 12.568,15 € para financiar o proxecto modificado e de 56.000,00 € para financiar unha serie de obras complementarias. Resultando.- Que con data 15 de setembro de 2016 o Servizo de Contratación emitiu informe con seguinte contido: “...En función de todo o anteriormente exposto e baseado no informe do Arquitecto Provincial, parece deducirse que a solicitude de redacción do modificado, ven provocada pola causa recollida no artigo 107.a) do TRLCSP, e dicir, a inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas. O proxecto modificado deberá recoller o seguinte: 1. Deberá indicar se se alteran ou non as condicións esenciais da licitación e adxudicación, e dicir, o contemplado no proxecto e na oferta do adxudicatario. 2. Informe sobre se o proxecto se limita a introducir as variación estritamente indispensables para responder á causa obxectiva que a faga necesaria. 3. Se no caso de modificación que supoña a introdución de unidades de obra non previstas no proxecto ou cuxas características defiran das fixadas, podería entenderse que os prezos recollidos adecúanse ós prezos de mercado e como establece o artigo 158 do R.D. 1098/2001, baséanse nos custos elementais fixados na descomposición dos prezos unitarios integrados no contrato, e en calquera caso, nos custos que correspondesen á data na que tivo lugar a adxudicación. 4. Nese caso, terá que aportar a acta de contradición de prezos a orixe coa baixa da adxudicación firmada polo contratista. 5. Indicar cal é a porcentaxe de unidades que se variou con respecto ó inicial. 6. Establecer un prazo para a finalización da obra dende a data de aprobación do proxecto modificado, no caso de que fora así. Por todo o exposto, e tendo en conta o informe do Arquitecto Provincial, en especial a afirmación de que non se varían as condicións esenciais de licitación e adxudicación, non superando as modificacións propostas o 10% do importe de adxudicación, non vemos inconveniente a que se autorice a redacción do proxecto modificado. Por último, unha vez redactado o proxecto, este servizo poderá emitir un novo informe sobre o cumprimento dos requisitos establecidos na lei de contratos, trasladando ó expediente ó Secretario e á Intervención para que evacúen os perceptivos informes antes de elevar a proposta ó órgano de contratación para a súa aprobación...” Resultando.- Que solicitado informe á Intervención sobre a existencia de crédito para facer fronte ó modificado, esta emite o mesmo na data 16/09/2016 co seguinte contido: “Na aplicación orzamentaria 16/433.3360.632.03.2015 existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto, a cuxo efecto se emitiu o documento RC nº 201600119618, por importe de 12.568,15 €. Considerando.- Que de conformidade co artigo 210 do TRLCSP «el órgano de contratación ostenta la prerrogativa de interpretar los contratos administrativos, resolver las dudas que ofrezca su cumplimiento, modificarlos por razones de interés público, acordar su resolución y determinar los efectos de ésta». Considerando.- Que o conxunto de facultades que confire a lexislación á Administración nos contratos administrativos, marca a diferenza coa contratación privada civil e mercantil, onde imperan os principios de igualdade entre as partes de respecto ó pactado (pacta sunt servanda, contractus lex inter partes). Considerando.- Que hai que ter en conta o nove réxime de modificacións contractuais introducido na LCSP pola Lei 2/2011 de Economía Sostible (LES). Desta forma, o artigo 219 do TRLCSP, na redacción dada pola LES, sinala que os contratos administrativos só poderán ser modificados por razón de interese público nos casos e na forma previstos no título V do libro I, de acordo co procedemento regulado no artigo 211. Considerando.- Que no mesmo senso e xa especificamente referido ós contratos de obras, o artigo 234 do TRLCSP, establece que “serán obligatorias para el contratista las modificaciones del contrato de obras que se acuerden de conformidad con lo establecido en el artículo 202 y en el título V del libro I”. Considerando.- Que os contratos do sector público poderán modificarse sempre que nos pregos ou no anuncio de licitación se advertise expresamente de esta posibilidade e se detallaran de forma clara, e inequívoca as condicións nas que poderá facerse uso da mesma, así como o alcance e límites das modificacións que poden acordarse con expresa indicación da porcentaxe do prezo do contrato o que como máximo poidan afectar, e o procedemento que haxa de seguirse para elo. Considerando.- Que no caso de que non se previra expresamente nos pregos, como é este caso, haberá que xustificarse nalgunha das circunstancias previstas no artigo 107 do TRLCSP. No escrito do director de obra de data 06/04/2016, xustifícase polo previsto no apartado a), b) e e) do mencionado artigo. Considerando.- Que a modificación do contrato acordada conforme ó previsto neste artigo non poderá alterar as condicións esenciais de licitación e adxudicación, e deberá limitarse a introducir as variacións estritamente indispensables para responder á causa obxectiva que a faga necesaria. Considerando.- Que no escrito do director de obra, afirma que non se alteran as condicións esenciais do contrato. Considerando.- Que cabe engadir que resulta necesario recabar do órgano de contratación autorización para iniciar o correspondente expediente, que se sustanciará con carácter de urxencia coas seguintes actuacións: a) Redacción da modificación do proxecto e aprobación técnica da mesma. b) Audiencia ó contratista e redactor do proxecto, polo prazo mínimo de tres días. c) Aprobación do expediente polo órgano de contratación, así coma dos gastos complementarios precisos. Considerando.- Que non obstante, poderán introducirse variacións sen necesidade de previa aprobación cando estas consistan na alteración no número de unidades realmente executadas sobre as previstas nas medicións do proxecto, sempre que non representen un incremento do gasto superior ó 10 % do prezo primitivo do contrato. Considerando.- Que para a redacción do modificado haberá que ter en conta o previsto nos artigos do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Considerando.- Que o regulamento xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que se transcriben de seguido: Artigo 102: “...Cuando sea necesario introducir alguna modificación en el contrato, se redactará la oportuna propuesta integrada por los documentos que justifiquen, describan y valoren aquélla. La aprobación por el órgano de contratación requerirá la previa audiencia del contratista y la fiscalización del gasto correspondiente…” Artigo 158: “…Cuando se juzgue necesario emplear materiales o ejecutar unidades de obra que no figuren en el proyecto, la propuesta del director de la obra sobre los nuevos precios a fijar se basará en cuanto resulte de aplicación, en los costes elementales fijados en la descomposición de los precios unitarios integrados en el contrato y, en cualquier caso, en los costes que correspondiesen a la fecha en que tuvo lugar la adjudicación…” O artigo 160 do mesmo texto legal recolle que cando existan variacións sobre as unidades previstas no contrato, sexan diminucións ou excesos de medicións, as mesmas deberán contemplarse no caso que se redacte proxecto modificado. Artigo 162.2: “…Cuando sea necesaria la ejecución de unidades nuevas no previstas en el proyecto, el director de las obras elevará al órgano de contratación las propuestas de los precios nuevos y la repercusión sobre el plazo de ejecución del contrato. La conformidad por parte del contratista a los nuevos precios y a la variación del plazo total de la obra será condición necesaria para poder comenzar los trabajos correspondientes a las unidades nuevas…” Artigo 141.2: “…Si el órgano de contratación decide la modificación del proyecto ésta se tramitará con arreglo a las normas generales de la Ley y de este Reglamento, acordando la suspensión temporal, total o parcial de la obra, ordenando en este último caso la iniciación de los trabajos en aquellas partes no afectadas por las modificaciones previstas en el proyecto.” Considerando.- Que existe un acta de suspensión total da obra de data 06/05/2016 firmada polo contratista e o director de obra, tal e como prevé o artigo 103 do R.d. 1098/2001, que deberá ser ratificada mediante acordo do órgano de contratación. Considerando.- Que antes da aprobación do proxecto modificado deberá ratificarse polo técnico redactor que se cumpren con todas as condicións establecidas na lexislación e expostas neste informe, establecendo ademais un prazo para a finalización da obra dende a data da aprobación do proxecto modificado. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de obras, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para a contratación de obras que, sendo competencia da presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Manter suspendida totalmente a execución da obra “Obras de conservación do Castelo de Sobroso (Ponteareas)”. 2.- Autorizar a redacción do proxecto de modificación estrutural da obra “Obras de conservación do Castelo de Sobroso (Ponteareas)” cunha variación económica de 12.568,15 €, o que supón un 4% do prezo de adxudicación do proxecto inicial debendo recoller o proxecto modificado o seguinte: 1. Deberá indicar se se alteran ou non as condicións esenciais da licitación e adxudicación, é dicir, o contemplado no proxecto e na oferta do adxudicatario. 2. Informe sobre se o proxecto se limita a introducir as variación estritamente indispensables para responder á causa obxectiva que a faga necesaria. 3. Se no caso de modificación que supoña a introdución de unidades de obra non previstas no proxecto ou cuxas características defiran das fixadas, deberá indicarse que os prezos recollidos adecúanse ós prezos de mercado e como establece o artigo 158 do R.D. 1098/2001, baséanse nos custos elementais fixados na descomposición dos prezos unitarios integrados no contrato, e en calquera caso, nos custos que correspondesen á data na que tivo lugar a adxudicación. 4. Nese caso, terá que achegar a acta de contradición de prezos a orixe coa baixa da adxudicación asinada polo contratista. 5. Indicar cal é a porcentaxe de unidades que se variou con respecto ó inicial. 6. Establecer un prazo para a finalización da obra dende a data de aprobación do proxecto modificado, no caso de que fora así. 3.24794.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DUN ACORDO MARCO RELATIVO Á “SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAIS E SINALIZACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL PARA O SERVIZO DE MOBILIDADE” (Expte. nº 2016029998) A Deputación de Pontevedra, ten entre as súas competencias, recollidas polo lexislador na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, a de asegurar a prestación integral e axeitada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal, asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica aos Municipios, así como a mellora substancial das infraestruturas da provincia. Por todo isto, a xefa dos Servizos Administrativos do Servizo de Mobilidade, mediante informe emitido con data 18 de xullo de 2016, co conforme do Deputado delegado, expón que, relacionado co anterior e de acordo co disposto na Lei 8/2013 de 28 de xuño de Estradas de Galicia e na Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa, corresponde á Deputación de Pontevedra a conservación e xestión das estradas provinciais, encargando as labores de mantemento e conservación ás brigadas e ó persoal do Parque de Maquinaria. O servizo de Mobilidade é o que debe subministrar o material necesario para realizar este traballo e deste modo levar a cabo a conservación dos 1.650 quilómetros que compoñen a Rede Provincial de estradas desta Deputación. Polo que, no citado informe, solicítase que se inicien os trámites para a contratación da subministración de materiais e sinalización vertical e horizontal para o servizo de Mobilidade. O Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, tal e como prevé o artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), e elabora un proxecto de prego de condicións económico-administrativas en base ó establecido polo xefe do Servizo de Contratación o cal, no informe de procedemento, xustifica no expediente o réxime xurídico do contrato, sendo este un contrato administrativo, a elección do procedemento, o aberto e que se efectuará en atención a diversos criterios de valoración ó considerarse que a prestación é susceptible de ser mellorada por outras solucións. No dito informe de procedemento indícase que o presente contrato contén prestacións correspondentes a distinta clase (subministración e obra), por tanto atenderase, para a determinación das normas que deban observarse na súa adxudicación, ao carácter da prestación que teña máis importancia desde o punto de vista económico, segundo o disposto no artigo 12 do TRLCSP. Tendo en conta que o 79,45% do prezo estimado do contrato corresponde coa subministración de materiais, o contrato terá a consideración de subministración, de conformidade co artigo 9 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, que cualifica como tales aqueles que teñen por obxecto a adquisición, o arrendamento financeiro con ou sen opción a compra, de produtos ou bens inmobles. Igualmente, o xefe de Servizo de Contratación, no informe de procedemento, indica que a dita contratación articúlase como un Acordo Marco. A necesidade e idoneidade establécese ao amparo do previsto no artigo 22 do TRLCSP, consistente en conseguir o máximo aforro económico no prezo de compra dos materiais e sinalización vertical e horizontal obxecto do acordo, mellorar a prestación da subministración e acadar unha maior eficiencia na utilización dos fondos destinados á adquisición dos ditos materiais. O Acordo Marco articulase en lotes, ó obxecto de facilitar a concorrencia dos licitadores. Asemade, cada un dos lotes unicamente poderá ter un adxudicatario. Polo secretario infórmase, en data 5 de setembro de 2016, o proxecto de prego de cláusulas económico administrativo e posteriormente trasládase o expediente de contratación ó Servizo de Intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro. Resultando que polo Servizo de Intervención se emiten documento RC por un importe total de 361.727,40€, para o ano 2016, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, para facer fronte as obrigas derivadas deste contrato con cargo á aplicación 16/456.4530.210.00 do vixente Orzamento provincial. Emítense documento RC (futuro) por importe de 1.085.182,19€, relativo á obrigas derivadas deste contrato para o ano 2017, que quedará condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no correspondente orzamento provincial. Visto o informe favorable de fiscalización, de data 14 de setembro de 2016, emitido polo Sr. Interventor no que se poñen de manifesto unha observación relativa á proposta de división en lotes do contrato. Asemade aconsella que o contrato se realice como unha tramitación anticipada. Polo xefe do Servizo de Contratación emítese informe, con data 15 de setembro de 2016, mediante o cal indica que coa entrada en vigor da Directiva 2014/24/UE a cal provoca un efecto directo sobre o ordenamento xurídico tal e como sinala a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea e de acordo coa recomendación da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Estado ós órganos de Contratación, no artigo 46, apartado 1 sinala que os poderes adxudicadores poderán optar por adxudicar un contrato en forma de lotes separados, así como decidir o tamaño e o obxecto dos mesmos; e que, no caso de que non decidan dividir os contratos en lotes, terán que indicar as principais razóns desta decisión. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación dun “Acordo marco relativo a subministración de materiais e sinalización vertical e horizontal para o servizo de mobilidade”, de acordo ós seguintes prezos unitarios máximos en cada lote: Nº de lote Descrición do lote Cantidades Estimadas Prezo unitario sen IVE Lote nº 1 T. de emulsión asfáltica ECM-1 / C 67 BF 4 225 454,55 € Lote nº 2 T. de emulsión asfáltica ECR-2 / C65 B 3 300 409,09 € Lote nº 3 T. de emulsión asfáltica especial C67 BF 4 175 462,81 € T. de árido 0/6 en betume B 50/70 700 40,08 € Lote nº 4 T. de árido 0/6 AF-T-0/4-G 1.000 12,40 € Lote nº 5 T. de árido 2/6 ou 6/12 AG-T-2/5, 6-G; AG-T-4/10-G 7.500 13,22 € Lote nº 6 T. de árido 32/63 AG-T-32-63-G 6.000 13,22 € Lote nº 7 T. de zahorra ZA-0/10 TU-T-0/40-G 7.500 8,26 € Lote nº 8 T. de mestura butiminosa en quente tipo D-12 con árido granítico (AC 16 SURF 50/70 D) 5.000 40,08 € Lote nº 9 M3. de formigón H-200 (HA/20/B20/11A) 250 60,00 € Lote nº 10 Ud. de tubo de formigón de 1m ɸ100 30 33,06 € Ud. de tubo de formigón de 1m ɸ 60 100 16,53 € Ud. de tubo de formigón de 1m ɸ 50 enteiro ou canaleta 125 16,53 € Ud. de tubo de formigón de 1m ɸ 40 enteiro ou canaleta 225 12,40 € M.I. de tubería PVC D=315 mm compacta SN-4 unión por xunta elástica 300 15,00 € M.I. de tubería PVC D=400 mm compacta SN-4 unión por xunta elástica 300 19,00 € Lote nº 11 M.I. de barreira de seguridade dobre onda de aceiro laminado e galvanizado en quente, de 3 mm de espesor 1.500 14,00 € M.I. de barreira de seguridade dobre onda curvada de aceiro laminado e galvanizado en quente, de 3 mm de espesor 200 18,50 € Ud. de peza angular para barreira de seguridade 100 20,00 € M.I. de poste tubular 500 13,00 € U.d. de final de barreira de seguridade 100 21,50 € U.d. de conector de barreira de seguridade 500 2,90 € U.d. de separador de barreira de seguridade 500 3,85 € U.d. de captafaro para barreira de seguridade 400 1,10 € U.d. de tornillería para barreira de seguridade 2.000 0,32 € Lote nº 12 U.d. de sinal triangular de 70 cm de lado NIVEL II 100 15,41 € U.d. de sinal triangular de 90 cm de lado NIVEL II 100 27,09 € U.d. de sinal triangular de 135 cm de lado NIVEL II 100 53,36 € U.d. de sinal de STOP de 60 cm NIVEL II 100 33,59 € U.d. de sinal STOP de 90 cm NIVEL II 100 59,55 € U.d. de sinal circular de 60 cm NIVEL II 150 24,05 € U.d. de sinal circular de 90 cm NIVEL II 150 42,68 € U.d. de sinal cadrada de 60x60 cm NIVEL II 100 26,77 € U.d. de sinal rectangular de 90x60 cm NIVEL II 100 37,36 € U.d. de sinal rectangular de 90x90 cm NIVEL II 100 47,41 € U.d. de sinal rectangular de 135x90 cm NIVEL II 100 75,42 € U.d. de panel direccional vermello/branco ou azul/branco de 195x95 cm NIVEL II 100 70,25 € U.d. de panel direccional vermello/branco ou azul/branco de 160x40 cm NIVEL II 100 36,27 € U.d. de panel direccional vermello/branco ou azul/branco de 80x40 cm NIVEL II 100 19,55 € Lote nº 12 U.d. de panel complementario de 60x20 cm NIVEL II 50 17,77 € U.d. de panel complementario de 60x30 cm NIVEL II 50 21,77 € U.d. de panel complementario de 50x16 cm NIVEL II 50 16,00 € U.d. de panel complementario de 40x20 cm NIVEL II 50 15,64 € M2. de cartel de aceiro galvanizado fotoluminiscente NIVEL II 20 120,00 € M2. de frecha de aceiro galvanizado NIVEL II 50 58,00 € M2. de catel de aceiro galvanizado NIVEL II 50 58,00 € M.I. de poste galvanizado de 80x40 mm 600 5,50 € M.I. de poste galvanizado de 100x50 mm 900 9,00 € U.d. de espello anti-vandálico completo de 60 cm 50 45,00 € U.d. de espello anti-vandálico completo de 80 cm 50 75,00 € U.d. de poste para espello 100 9,17 € Lote nº 13 M.I. de premarcaxe a cinta corrida 60.000 0,08 € M.I. de marca vial reflexiva branca/amarela de 15 cm de ancho, executada con pintura acrílica, incluso barrido previo 40.000 0,45 € M.I. de marca vial reflexiva branca/amarela de 10 cm de ancho, executada con pintura acrílica, incluso barrido previo 20.000 0,40 € M2. de pintura reflexiva branca en cebreados, símbolos e frechas, incluso barrido previo 500 12,50 € Lote nº 14 M.I. de desmontaxe de barreira de seguridade existente para posible adaptación á nova normativa aproveitando o material existente, incluso p.p. de reposición de postes, conectores, separadores, captafaros e tornillería 400 10,68 € M.I. de barreira de seguridade dobre onda de aceiro laminado e galvanizado en quente, de 3 mm de espesor, con postes tubulares hincados ou formigonados cada 4 m de lonxitude, con parte proporcional de conectores, separadores, captafaros e tornillería, totalmente rematada 1.000 38,00 € M.I. de barreira de seguridade dobre onda curvada de aceiro laminado e galvanizado en quente, de 3 mm de espesor, con postes tubulares hincados ou formigonados cada 4 m de lonxitude, con parte proporcional de conectores, separadores, captafaros e tornillería, totalmente rematada 200 49,00 € Ud. de abatemento corto de 4 m de lonxitude con barreira metálica de seguridade dobre onda de 3 mm de espesor, con postes tubulares hincados ou formigonados, con parte proporcional de pezas especiais, captafaros e tornillería, totalmente rematado 50 165,39 € Ud. de abatemento longo de 8 m de lonxitude con barreira metálica de seguridade dobre onda de 3 mm de espesor, con postes tubulares hincados ou formigonados, con parte proporcional de pezas especiais, captafaros e tornillería, totalmente rematado 50 255,34 € Lote nº 15 U.d. de sinal triangular de 70 cm de lado NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 100 57,09 € U.d. de sinal triangular de 90 cm de lado NIVEL II, incuso poste e tornillería, totalmente colocada 100 83,36 € U.d. de sinal triangular de 135 cm de lado NIVEL II, incuso poste e tornillería, totalmente colocada 100 45,41 € U.d. de sinal de STOP de 60 cm NIVEL II, incluso poste e tornilería, totalmente colocada 100 63,59 € U.d. de sinal de STOP de 90 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 100 89,55 € U.d. de sinal circular de 60 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 150 54,05 € U.d. de sinal circular de 90 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 150 72,68 € U.d. de sinal cadrada de 60x60 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 100 56,77 € U.d. de sinal rectangular de 90x60 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 100 67,36 € U.d. de sinal rectangular de 90x90 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 100 77,41 € U.d. de sinal rectangular de 135x90 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 100 105,42 € U.d. de panel discrecional vermello/branco ou azul/branco de 195/95cm NIVEL II, incuso postes e tornillería, totalmente colocado 100 100,25 € U.d. de panel discrecional vermello/branco ou azul/branco de 160x40cm NIVEL II, incuso postes e tornillería, totalmente colocado 100 66,27 € U.d. de panel discrecional vermello/branco ou azul/branco de 80x40cm NIVEL II, incuso postes e tornillería, totalmente colocado 100 49,55 € U.d. de panel complementario de 60x20 cm NIVEL II, incluso tornillería, totalmente colocado 50 47,77 € U.d. de panel complementario de 60x30 cm NIVEL II, incluso tornillería, totalmente colocado 50 51,77 € U.d. de panel complementario de 50x16 cm NIVEL II, incluso tornillería, totalmente colocado 50 46,00 € U.d. de panel complementario de 40x20 cm NIVEL II, incluso tornillería, totalmente colocado 50 45,64 € M2 de cartel de aceiro galvanizado fotoluminiscente NIVEL II, incuso p.p. de postes e tornillería, totalmente colocado 20 150,00 € M2 de frecha de aceiro galvanizado NIVEL II, incuso p.p. de postes e tornillería, totalmente colocado 50 88,00 € M2 de cartel de aceiro galvanizado NIVEL II, incuso p.p. de postes e tornillería, totalmente colocado 50 88,00 € U.d. de espello antivandálico completo de 60 cm, incluso poste e tornillería, totalmente colocado 50 75,00 € U.d. de espello antivandálico completo de 80 cm, incluso poste e tornillería, totalmente colocado 50 105,00 € A Deputación de Pontevedra non adquire ningún compromiso de solicitar a cantidade de materiais que se detallan na táboa, este dato unicamente se establece a efectos informativos, xa que só se subministrarán as que sexan precisas. A efectos informativos establécese o seguinte orzamento máximo estimado para a totalidade do acordo marco: Anualidade Importe sen IVE IVE (21%) Importe IVE incluído 2016 298.948,26€ 62.779,14€ 361.727,40€ 2017 896.844,79€ 188.337,40€ 1.085.182,19€ TOTAL 1.195.793,05€ 251.116,54€ 1.446.909,59€ Asemade, os orzamentos máximos estimados para cada lote, son os que se indican, a efectos informativos, na táboa que se detalla a continuación: Lote Importe sen IVE IVE (21%) Importe IVE incluído Lote nº 1 102.273,75 € 21.477,49 € 123.751,24 € Lote nº 2 122.727,00 € 25.772,67 € 148.499,67 € Lote nº 3 109.047,75 € 22.900,03 € 131.947,78 € Lote nº 4 12.400,00 € 2604,00 € 15.004,00 € Lote nº 5 99.150,00 € 20.821,50 € 119.971,50 € Lote nº 6 79.320,00 € 16.657,20 € 95.977,20 € Lote nº 7 61.950,00 € 13.009,50 € 74.959,50 € Lote nº 8 200.400,00 € 42.084,00 € 242.484,00 € Lote nº 9 15.000,00 € 3.150,00 € 18.150,00 € Lote nº 10 17.701,05 € 3.717,22 € 21.418,27 € Lote nº 11 39.805,00 € 8.359,05 € 48.164,05 € Lote nº 12 90.288,50 € 18.960,59 € 109.249,09 € Lote nº 13 37.050,00 € 7.780,50 € 44.830,50 € Lote nº 14 73.108,50 € 15.352,79 € 88.461,29 € Lote nº 15 135.571,50 € 28.470,02 € 164.041,52 € O acordo marco formalízase cunha única empresa por lote, coa formalización quedarán fixadas todas as condicións. Non procederá a posterior formalizacións de contratos derivados. Polo que as obrigas económicas para a Deputación de Pontevedra serán as que resulten das facturas derivadas do Acordo Marco, que se axustarán ós prezos unitarios máximos previstos neste prego, axustados ás ofertas dos adxudicatarios do acordo marco. 2.-O prazo de duración do contrato será de 1 ano a contar dende a data de formalización do acordo marco, que poderá ser prorrogado anualmente por acordo do órgano de contratación ata completar un máximo de 4 anos. 3.- Autorizar o importe máximo de 1.446.909,59€ para a totalidade do acordo marco, sendo o importe máximo estimado para o ano 2016 de 361.727,40€ que se financiará con cargo a aplicación 16/456.4530.210.00 do vixente orzamento provincial. O importe máximo estimado para o ano 2017 será de 1.085.182,19€, que quedará condicionado á existencia de crédito axeitado e suficiente na aplicación indicada do correspondente orzamento provincial. 4.- Designar como responsable do contrato ó xefe do centro xestor ó que corresponde a aplicación orzamentaria ou persoa en quen delegue. 5.- Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental. 6.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación, concedendo un prazo de 52 días naturais (artigo 159.1 do RDL 3/2011), a partir da data do envío do anuncio do contrato ó Diario da Unión Europea (DOUE) e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e no Boletín Oficial do Estado (BOE). Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A CONSTITUCIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DUN ACORDO MARCO PARA A SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAIS E SINALIZACIÓN VERTICAL E HORIZONTAL PARA O SERVIZO DE MOBILIDADE Nº exp. 2016029998 I. ESTIPULACIÓNS XERAIS 1.- OBXECTO O obxecto do Acordo Marco ó que se refire o presente prego é o establecemento dos prezos unitarios de subministración, en función do volume, que serán aplicados ós distintos tipos de produtos descritos no apartado 1 do Anexo/s I, e dos termos completos e condicións que rexeran nos contratos de subministración destes produtos que realice a Deputación de Pontevedra durante o período de vixencia deste Acordo, sen que o número total de unidades a subministrar estea definido con exactitude ó tempo de celebrar este Acordo Marco, por estar subordinadas as entregas ás necesidades do adquirente. Se o Acordo está dividido en lotes, os licitadores poderán optar a un lote, a varios ou a todos eles, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se estará ó estipulado no apartado 1 do Anexo I deste prego. 2.- RÉXIME XURÍDICO O Acordo Marco e os seus contratos derivados réxense, ademais de pola normativa sectorial que sexa de aplicación, polas normas xurídicas e os seguintes documentos: - Polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (en adiante, TRLCSP). - Polo Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. - Polo Regulamento xeral de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro (en adiante, RGLCAP), naquelo no que se opoña ó TRLCSP. - Pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor. - Polo prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas, ambos de carácter contractual, de acordo cos artigos 115, 116 e 117 TRLCSP. - O Real Decreto 773/2015, de 28 de agosto polo que se modifican determinados preceptos do RGLCAP. - Polo resto do ordenamento xurídico administrativo, nos casos en que sexa aplicable a causa de falta dunha norma contractual específica. 3.- FINANCIAMENTO E VALOR ESTIMADO DO ACORDO MARCO Os contratos derivados do Acordo Marco serán financiados do xeito que se establece no apartado 1 do Anexo/s I e distribuído nas anualidades previstas. O valor estimado do Acordo Marco, calculado de conformidade co artigo 88.8 TRLCSP, ascende a cantidade expresada no apartado 1 do Anexo/s I do presente prego, incluíndo na devandita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son de conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso, indicarase como partida independente, o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten superando os importes unitarios de licitación serán descartadas automaticamente. O devandito valor tívose en conta para a elección do procedemento de adxudicación aplicable e a publicidade a que vai someterse, sen que a Administración quede obrigada a levar a efecto unha determinada contía de subministración, sen prexuízo de que o valor estimado poda verse incrementado por ser maiores as necesidades do adquirente ás inicialmente previstas, de acordo co disposto no artigo 9.3.a) TRLCSP, e sempre previa fiscalización do expediente de gasto. Os orzamentos concretos de adxudicación determinaranse en cada un dos contratos derivados do Acordo Marco, e incluirán na devandita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son de conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. 4.- PRAZO DE VIXENCIA DO ACORDO MARCO O prazo de vixencia do Acordo Marco será o que figure no apartado 1 do Anexo/s I, sen que poda ter unha duración superior, incluídas as prórrogas, a catro anos, de conformidade co disposto no artigo 196.3 TRLCSP. Este prazo comezará a contar a partir da data establecida no documento en que se formalice. No caso de que no mesmo apartado se prevexa a posibilidade de prórroga ou prórrogas, estas deberán quedar formalizadas antes da finalización da vixencia inicial do Acordo, sendo obrigatorias para o adxudicatario se así se dispón no citado apartado. II. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DOS ADXUDICATARIOS DO ACORDO MARCO 5.- NÚMERO MÁXIMO DE ADXUDICATARIOS DO PRESENTE ACORDO E PROCEDEMENTO O presente Acordo Marco soamente poderá adxudicarse a un único licitador. No suposto de que estivera previsto no apartado 1 do Anexo/s I do presente prego licitar por lotes, para cada un deles soamente poderá existir un único adxudicatario. O Acordo Marco adxudicarase polo procedemento aberto, atendendo a un único criterio, segundo o disposto no apartado 1 do Anexo/s I do presente prego, e en aplicación do artigo 150 TRLCSP, conforme os termos e requisitos establecidos no devandito texto legal. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoña no apartado 2 do Anexo/s I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 60 da mencionada norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); as devanditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración, debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión, con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. As devanditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓN; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 7.1. Lugar e prazo de presentación: - Presentación no Rexistro Xeral ou auxiliares da Deputación de Pontevedra. As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, na sede de Pontevedra, de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, ou na sede de Vigo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, (o horario nos meses de xullo e agosto na sede de Pontevedra de luns a venres, será de 8:30 a 14:30 horas), durante un prazo de cincuenta e dous (52) días naturais (artigo 159.1 do TRLCSP), a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais da Unión Europea e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e no Boletín Oficial do Estado (BOE). - Presentación mediante correo: Cando a documentación se envíe por correo o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es) ou mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre antes da terminación do prazo sinalado no anuncio. Sen o cumprimento deste tramite a documentación non será admitida se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora da finalización do prazo. No caso de ter presentada a documentación na oficina de correos e anunciado o envío ao órgano de contratación nos termos indicados e transcorridos dez días desde a data de finalización do prazo para presentación de proposicións, esta non tivese entrada no Rexistro Xeral da Deputación, non será admitida. - Presentación por calquera dos restantes procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O depósito do envío deberá ser anunciado ao órgano de contratación da mesma maneira sinalada no parágrafo anterior. Se non fose anunciado o envío, non se admitirá ningunha proposición que teña entrada no Rexistro Xeral da Deputación con posterioridade ao acto de apertura indicado no anuncio de licitación. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. 7.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: -Sobre (A, B ou C). Poñer a letra en función do sobre correspondente. -Lote nº … (Especificar o número do lote o que se licita, no caso de que o procedemento se divida en lotes). -Nº Expediente No caso que se coñeza. -Denominación do contrato -Nome do licitador -CIF -Enderezo, e-mail e teléfono de contacto -Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) No caso de presentarse a varios lotes, o licitador poderá presentar un único sobre A, para todos os lotes, e pola contra deberase presentar un sobre B e un sobre C para cada un dos lotes. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% da media anual do prezo estimado para este Acordo Marco, excluído o IVE, (cláusula 1.6 Anexo I do presente prego), e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. No caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, neste caso, a solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte pola orde no que quedaran clasificadas as ofertas. A garantía definitiva depositarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: - Deputado delegado pola Presidencia. VOGAIS: - Un/ha Deputado/a do Grupo Provincial do PP - Un/ha Deputado/a do Grupo Provincial do BNG - O Deputado do Grupo Mixto - O secretario xeral - O interventor - O/A xefe/a do servizo xestor SECRETARIO: - O xefe do Servizo de Contratación. 10.- CALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación, a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a Mesa, ás once horas e trinta minutos do primeiro mércores seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, sempre que transcorresen polo menos tres días hábiles desde a finalización do prazo, sinalará en acto público as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable a través de criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a LCSP. No caso de que non transcorresen eses tres días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de plicas, o acto da mesa de contratación realizarase o mércores da semana seguinte. A devandita documentación trasladarase aos técnicos que se consideren oportunos, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalarase, no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Darase a coñecer neste acto a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplicaranse os criterios establecidos no apartado 3 do anexo I. Unha vez aplicados estes criterios, clasifícanse as propostas en orde decrecente de avaliación e propoñeráselle ó órgano de contratación a adxudicación a favor do licitador que contivera a oferta economicamente máis vantaxosa. Cando a Mesa de Contratación presuma fundamentalmente que a proposición non se podida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no anexo III, daráselle audiencia ao contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións. en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, sempre que se entenda que poda ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 11.- REQUIRIMENTO PREVIO Á ADXUDICACIÓN DO ACORDO MARCO O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requirirá á empresa coa oferta máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 11.1.- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado: Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 11.2.- Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1) Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ó amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigacións coa Seguridade Social. 2) Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, ó amparo dos artigos 13 e 15 do RGLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagos das súas obrigacións tributarias. 3) Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4) Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir á execución do contrato. 5) Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 6) Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 12.- ADXUDICACIÓN A mesa de contratación, tras a avaliación das ofertas, elevará ao órgano de contratación a proposta de adxudicación, en aplicación dos criterios de avaliación establecidos no presente prego. De conformidade co artigo 151 do TRLCSP, o órgano de contratación adxudicará a condición de provedor, de forma motivada, ó licitador que presentara a oferta que resulte máis vantaxosa, ou declarará deserto o procedemento no suposto de que ningunha oferta ou proposición sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 13.- NOTIFICACIÓN ELECTRÓNCIA Con base no disposto no artigo 28 da 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico da cidadanía aos Servizos Públicos e no artigo 25 do Capítulo VII do Regulamento da Administración electrónica da Deputación de Pontevedra, se practicará as notificacións relativas aos procedementos de contratación de xeito electrónico a través da Plataforma de Contratación del Sector Público (https://contrataciondelestado.es). A tal efecto, os licitadores deberán presentar como documentación obrigatoria requirida no sobre A, unha Declaración Responsable (Anexo IV do presente prego de cláusulas económico administrativas), na que deberán establecer a dirección de correo electrónico onde queira que se lle comuniquen as notificacións. Para acceder á comunicación, deberá estar rexistrado na Plataforma de Contratación do Sector Público con esa mesma dirección de correo electrónico e dispor dun certificado dixital de persoa física aceptado pola plataforma de validación (como o DNI electrónico ou o emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre). Cando un órgano de contratación envíelle unha comunicación, vostede será informado desta circunstancia por medio dunha mensaxe de correo electrónico enviado á dirección que lle proporcionou a este efecto ao órgano de contratación. Ademais, cando acceda á Plataforma co seu usuario rexistrado mostraráselle un aviso na páxina de Inicio de que ten unha comunicación pendente de lectura. As notificacións entenderanse realizadas desde o momento no que a Deputación poña a disposición a comunicación do acto, requirimento, comunicación ou adxudicación na Plataforma de Contratos no Sector Público e transcorresen dez días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico e do Procedemento Administrativo Común e normas concordantes, salvo que de oficio ou a instancia da persoa destinataria poida comprobarse a imposibilidade técnica ou material do acceso. A Deputación de Pontevedra tamén publicará os actos que procedan no seu perfil do contratante. 14.- SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a súa realización parcial, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberase indicar na oferta a parte do contrato que se previu subcontratar, sinalando o seu importe e porcentaxe con respecto á totalidade do servizo e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións e a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50 % do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á Administración contratante polos deberes contraídos con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre esta materia establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, conforme ó indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar aos subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da desconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva, e que, o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaría no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garante mediante aval. As Administracións Públicas e demais entes públicos contratantes, poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, cualificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer os pagos correspondentes a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. Os contratistas adxudicatarios remitirán o ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación do subministro de cada un deles que garde unha relación directa co prazo do pago, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Así mesmo, deberán aportar, a solicitude do ente contratante, xustificante de cumprimento dos pagos os subcontratistas ou subministradores, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na lei 3/2004 de 29 de decembro, e no que sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación, e no os correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que a tal efecto conteñan os pregos. 15.- REGRAS ESPECÍFICAS CON RESPETO Ó PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1. Correspóndelle exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento deses requisitos. 2. A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e o pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. 3. Os licitadores ou licitadoras poderán ser requiridos para indicar o convenio colectivo que lle é de aplicación aos traballadores e traballadoras que desenvolvan a actividade obxecto do contrato antes da adxudicación do mesmo ou en calquera momento durante a súa execución. No caso de resultar adxudicatarios terán a obriga de aboar, durante toda a execución do mesmo, o salario recollido no convenio colectivo de aplicación segundo a categoría profesional que lle corresponda ás persoas traballadoras, sen que en ningún caso os salarios a aboar poidan ser inferiores a aquel. 4. A empresa contratista velará especialmente por que os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan o seu traballo sen se extralimitar nas funcións desempeñadas con respecto á actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 5. A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato no lugar acordade, salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos ou entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados dos que ocupan os empregados públicos. Correspóndelle tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obriga. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos se presten nas dependencias dos departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 6. A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou un responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigas as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á entidade contratante, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dun lado, e a entidade contratante, do outro, en todo o relativo ás cuestións derivadas da súa execución. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato e impartirlles ós citados traballadores as ordes e instrucións que sexan necesarias en relación á prestación do servizo. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñan encomendadas, así como controlar a súa asistencia ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato. A ese efecto deberá coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa entidade contratante para non alterar o bo funcionamento do obxecto do contrato. e) Informar á entidade contratante acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 16.- FORMALIZACIÓN DO ACORDO MARCO A Administración e o contratista non poderán formalizar o contrato antes de que transcorran quince días hábiles desde que se remita a notificación da adxudicación ós licitadores, ó ser este contrato susceptible de recurso especial en materia de contratación. Transcorrido este prazo o órgano de contratación requiriralle ó adxudicatario que formalice o contrato nun prazo que non supere os cinco días, contados desde o seguinte ó que recibise o requirimento, unha vez transcorrido o prazo previsto sen que se interpoña un recurso que comporte a suspensión da formalización do contrato ou desde que se dite un acordo co levantamento da suspensión do acto de adxudicación. O contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo o seu cargo os correspondentes gastos. Cando, por causas imputables ó contratista, non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 17.- GASTOS DO ACORDO MARCO O importe dos gastos de publicidade do Acordo Marco, tanto nos boletíns oficiais como, no seu caso, noutros medios de difusión, estímase nun máximo de 2.000,00 €. A empresa adxudicataria do Acordo Marco deberá formalizar o pago dos gastos de publicación do seu anuncio en prensa ou en diarios oficiais, no prazo de 15 días hábiles, a contar desde a data de notificación da adxudicación do Acordo Marco, ou, en calquera caso, antes da súa formalización. 18.- RESPONSABLE DO ACORDO MARCO A Deputación poderá designar a un responsable do Acordo Marco e dos seus contratos derivados, se os houbese, vinculado a esta Institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable, non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas á orde directa do responsable designado, con expresa reserva escrita por parte do contratista, tanto ó propio responsable coma ó órgano de contratación. 19.- PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, en cumprimento do disposto no artigo 334 TRLCSP, e na disposición adicional terceira da Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía da unidade do mercado, a partir do 15 de decembro de 2014 a Deputación de Pontevedra publicará todas as noticias, avisos e documentación relativa ós seus procedementos de contratación no Perfil de Contratante integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado (www.contrataciondelestado.es). Calquera dúbida acerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 20.- RESOLUCIÓN DO ACORDO MARCO O Acordo Marco poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 223 e 299 do TRLCSP. A resolución do contrato tramitarase de conformidade co procedemento detallado nos artigos 109 se seguintes do RGLCAP e producirá os efectos sinalados nos artigos 225 e 300 TRLCSP. Asemade, o Acordo Marco poderá resolverse polo órgano de contratación cando se produza o incumprimento reiterado no prazo de entrega fixado para a execución da subministración, sempre que o órgano de contratación non opte pola imposición das penalidades sinaladas no artigo 212.4 TRLCSP ou nos das establecidas nos pregos. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo de adxudicación do Acordo Marco, o órgano de contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución coa imposición de novas penalidades. No suposto de Unións Temporais de Empresas, cando algunha das súas integrantes se atope comprendida nos supostos do artigo 223.a) e b) TRLCSP, a Administración estará facultada para esixir o cumprimento das obrigacións contractuais ó resto das empresas que constitúan a Unión Temporal ou acordar a resolución do contrato. No suposto de resolución do contrato marco, a Deputación reserva o dereito a iniciar o procedemento correspondente, polo que se declare a existencia da circunstancia de prohibición de contratar, de conformidade co disposto nos artigos 60 e 61 do TRLCSP. III. DEREITOS E OBRIGAS DAS PARTES DERIVADAS DO ACORDO MARCO 21.- OBRIGAS DERIVADAS DO CUMPRIMENTO DO ACORDO MARCO A conclusión do Acordo Marco non comporta para a Deputación de Pontevedra ningún tipo de obriga previa de adquirir un número determinado de unidades. O incumprimento defectuoso da prestación, tanto das obrigas derivadas do Acordo Marco, como dos seus contratos derivados, poderá dar lugar a imposición de penalidades, de conformidade co disposto no artigo 212 do TRLCSP así como as penalidades establecidas nos pregos. O adxudicatario está obrigado o cumprimento das disposicións vixentes en materia fiscal, laboral, de seguridade social, de integración social de persoas con discapacidade, de prevención de riscos laborais, de protección do medio ambiente, e o cumprimento das disposicións vixentes para a igualdade efectiva entre traballadores e traballadoras. As empresas adxudicatarias deberán cumprir en todo momento coa normativa vixente, estar dadas de alta nos rexistros correspondentes e posuír ás autorizacións necesarias para o desenvolvemento dos traballos encomendados. Ante o incumprimento dos anteriores deberes, serán responsables as correspondentes empresas adxudicatarias. 22.- MODIFICACIÓN E ACTUALIZACIÓN DO ACORDO MARCO O obxecto do Acordo Marco está determinado pola subministración dos produtos que constitúen o obxecto de licitación e establece todos os termos da contratación. O órgano de contratación, ós efectos establecidos nos artigos 219.1 e 296 TRLCSP, ostenta a prerrogativa de modificar o contrato obxecto do presente prego segundo o disposto no artigo 210 TRLCSP. As modificacións do contrato poderán producirse, en cumprimento dos artigos 210 e 219.1 TRLCSP, por razóns de interese público nos casos e na forma establecidos no Título V del Libro I, e de acordo co procedemento de exercicio da potestade de modificación do contrato regulado no artigo 211 TRLCSP. O contrato poderá modificarse cando así estivese previsto nos documentos e nos termos expresados no artigo 106 ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 TRLCSP, de conformidade co disposto no artigo 105 TRLCSP relativo ós supostos de modificacións de contratos: a) Modificacións previstas na documentación que rexe a licitación: A previsión da posibilidade da eventual modificación do contrato indicarase, de ser o caso, no prego, detallándose os supostos e condicións nos que se poderá facer uso desta potestade, o seu alcance e límites, indicando a porcentaxe do prezo do contrato ó que como máximo pode afectar a modificación, e o procedemento. En todo caso, o adxudicatario estará obrigado a comunicar ó responsable do Acordo Marco calquera oferta singularizada ou campaña que proxecte realizar, sexa para o sector público ou para o sector privado, que resultará directamente aplicable ós pedidos do órgano de contratación. b) Modificacións non previstas na documentación que rexe a licitación: O contrato poderá modificarse sempre que se xustifique suficientemente a concorrencia dalgunha das circunstancias dispostas no artigo 107 TRLCSP, seguindo o procedemento establecido ó efecto na normativa. Cando, como consecuencia dunha modificación do contrato, experimente variación o seu prezo, deberase reaxustar a garantía definitiva, para que garde a debida proporción co novo prezo modificado. As modificacións do contrato deberán formalizarse conforme ó disposto no artigo 156 TRLCSP. No caso de que, unha vez adxudicado o contrato, a empresa adxudicataria non puidese subministrar os bens obxecto do mesmo, por causas alleas a esta debidamente xustificadas e libremente apreciadas pola Deputación de Pontevedra, deberá comunicar esta circunstancia e ofrecer alternativas de iguales ou superiores características e prestacións. Calquera modificación da configuración orixinal dos bens a subministrar deberá ser previamente avaliada e aceptada polo Servizo Xestor da Deputación de Pontevedra. 23.- SOLICITUDE DOS BENS OBXECTO DA SUBMINISTRACIÓN A conclusión do Acordo Marco non comporta para a Deputación de Pontevedra ningún tipo de obriga previa de adquirir un número determinado de unidades, xa que as devanditas entregas están subordinadas ás necesidades desta Administración. Durante o período de vixencia do Acordo Marco, e a medida que aparezan as necesidades de adquisicións dos distintos produtos descritos no apartado 1 do Anexo/s I deste prego, a Deputación realizará os correspondentes pedidos. 24.- PRAZO DE ENTREGA E LUGAR DE RECEPCIÓN O prazo das entregas sucesivas e o lugar de recepción dos bens obxecto do Acordo Marco é o que se fixa no apartado 1 do Anexo/s I deste prego. Salvo pacto contrario, os gastos da entrega e transporte dos bens obxecto da subministración ó lugar convido serán por conta do contratista. Se os bens non se atopan en estado de ser recibidos, farase constar así na acta de recepción e se darán as instrucións precisas o contratista para que emende os defectos observados ou proceda a unha nova subministración de conformidade co pactado. IV. RÉXIME DE RECURSOS 25.- XURISDICIÓN COMPETENTE Os anuncios, os pregos e os documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer na contratación, os acordos de adxudicación e os actos de trámite, sempre que estes últimos incidan directa ou indirectamente sobre a adxudicación, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento ou produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos ou intereses lexítimos, poderán ser obxecto do recurso especial en materia de contratación nos termos establecidos nos artigos 40 e seguintes do TRLCSP, con anterioridade á interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición competente. As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición.” Os anexos son como seguen: ANEXO I “CARACTERÍSTICAS DO ACORDO MARCO 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO ACORDO MARCO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO Subministración de materiais e sinalización vertical e horizontal para o Servizo de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, segundo as características establecidas no prego técnico. 1.2.- PROCEDEMENTO División en lotes: si Ofertar a un ou varios lotes: Si (cada lote é indivisible) Número máximo de empresas que forman parte do contrato marco: 1 por lote Cualificación do contrato: Subministración suxeito a regulación harmonizada CPV: 34920000 (Equipo para estradas) Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 52 días naturais (artigo 159.1 do RDL 3/2011), a contar desde a data de envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais da Unión Europea e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e no Boletín Oficial do Estado (BOE). 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN PARA CADA UN DOS LOTES O presente acordo marco formalízase cunha única empresa por lote e para o mesmo quedarán fixadas tódalas condicións. Non procederá a posterior formalizacións de contratos derivados. As obrigas económicas para a Deputación de Pontevedra serán as que resulten das facturas derivadas do Acordo Marco, que se axustarán aos prezos unitarios máximos previstos neste prego, axustados ás ofertas dos adxudicatarios do acordo marco. A adxudicación do acordo marco farase en función do prezo unitario ofertado para os lotes con número 1, 2, 4, 5, 6,7,8 e 9 e do prezo medio unitario ponderado ofertado para os lotes con número 3, 10, 11, 12, 13, 14 e 15. O cálculo do prezo medio unitario ponderado é o dato resultante de multiplicar os prezos unitarios ofertados polo peso de ponderación (con respecto ao importe total do lote dividido entre 100) e entre o número de tipos de subministracións. Este é o dato que se utilizará para aplicar a fórmula de valoración do prezo. A ponderación levada a cabo é a que se detalla no AnexoVI_plantillasobreC para cada un dos lotes. Os prezos unitarios de licitación máximos en cada lote son os seguintes: Nº de lote Descrición do Lote Cantidades Estimadas Prezo unitario sen IVE LOTE Nº 1 T. de emulsión asfáltica ECM-1 / C 67 BF 4 225 454,55 € LOTE Nº 2 T. de emulsión asfáltica ECR-2 / C65 B 3 300 409,09 € LOTE Nº 3 T. de emulsión asfáltica especial C67 BF 4 175 462,81 € T. de árido 0/6 en betume B 50/70 700 40,08 € LOTE Nº 4 T. de árido 0/6 AF-T-0/4-G 1.000 12,40 € LOTE Nº 5 T. de árido 2/6 ou 6/12 AG-T-2/5, 6-G; AG-T-4/10-G 7.500 13,22 € LOTE Nº 6 T. de árido 32/63 AG-T-32-63-G 6.000 13,22 € LOTE Nº 7 T. de zahorra ZA-0/10 TU-T-0/40-G 7.500 8,26 € LOTE Nº 8 T. de mestura butiminosa en quente tipo D-12 con árido granítico (AC 16 SURF 50/70 D) 5.000 40,08 € LOTE Nº 9 M3. de formigón H-200 (HA/20/B20/11A) 250 60,00 € LOTE Nº 10 Ud. de tubo de formigón de 1m ɸ100 30 33,06 € Ud. de tubo de formigón de 1m ɸ 60 100 16,53 € Ud. de tubo de formigón de 1m ɸ 50 enteiro ou canaleta 125 16,53 € Ud. de tubo de formigón de 1m ɸ 40 enteiro ou canaleta 225 12,40 € M.I. de tubería PVC D=315 mm compacta SN-4 unión por xunta elástica 300 15,00 € M.I. de tubería PVC D=400 mm compacta SN-4 unión por xunta elástica 300 19,00 € LOTE Nº 11 M.I. de barreira de seguridade dobre onda de aceiro laminado e galvanizado en quente, de 3 mm de espesor 1.500 14,00 € M.I. de barreira de seguridade dobre onda curvada de aceiro laminado e galvanizado en quente, de 3 mm de espesor 200 18,50 € Ud. de peza angular para barreira de seguridade 100 20,00 € M.I. de poste tubular 500 13,00 € U.d. de final de barreira de seguridade 100 21,50 € U.d. de conector de barreira de seguridade 500 2,90 € U.d. de separador de barreira de seguridade 500 3,85 € U.d. de captafaro para barreira de seguridade 400 1,10 € U.d. de tornillería para barreira de seguridade 2.000 0,32 € LOTE Nº 12 U.d. de sinal triangular de 70 cm de lado NIVEL II 100 15,41 € U.d. de sinal triangular de 90 cm de lado NIVEL II 100 27,09 € U.d. de sinal triangular de 135 cm de lado NIVEL II 100 53,36 € U.d. de sinal de STOP de 60 cm NIVEL II 100 33,59 € U.d. de sinal STOP de 90 cm NIVEL II 100 59,55 € U.d. de sinal circular de 60 cm NIVEL II 150 24,05 € U.d. de sinal circular de 90 cm NIVEL II 150 42,68 € U.d. de sinal cadrada de 60x60 cm NIVEL II 100 26,77 € U.d. de sinal rectangular de 90x60 cm NIVEL II 100 37,36 € U.d. de sinal rectangular de 90x90 cm NIVEL II 100 47,41 € U.d. de sinal rectangular de 135x90 cm NIVEL II 100 75,42 € segue LOTE Nº 12 U.d. de panel direccional vermello/branco ou azul/branco de 195x95 cm NIVEL II 100 70,25 € U.d. de panel direccional vermello/branco ou azul/branco de 160x40 cm NIVEL II 100 36,27 € U.d. de panel direccional vermello/branco ou azul/branco de 80x40 cm NIVEL II 100 19,55 € U.d. de panel complementario de 60x20 cm NIVEL II 50 17,77 € U.d. de panel complementario de 60x30 cm NIVEL II 50 21,77 € U.d. de panel complementario de 50x16 cm NIVEL II 50 16,00 € U.d. de panel complementario de 40x20 cm NIVEL II 50 15,64 € M2. de cartel de aceiro galvanizado fotoluminiscente NIVEL II 20 120,00 € M2. de frecha de aceiro galvanizado NIVEL II 50 58,00 € M2. de catel de aceiro galvanizado NIVEL II 50 58,00 € M.I. de poste galvanizado de 80x40 mm 600 5,50 € M.I. de poste galvanizado de 100x50 mm 900 9,00 € U.d. de espello anti-vandálico completo de 60 cm 50 45,00 € U.d. de espello anti-vandálico completo de 80 cm 50 75,00 € U.d. de poste para espello 100 9,17 € LOTE Nº 13 M.I. de premarcaxe a cinta corrida 60.000 0,08 € M.I. de marca vial reflexiva branca/amarela de 15 cm de ancho, executada con pintura acrílica, incluso barrido previo 40.000 0,45 € M.I. de marca vial reflexiva branca/amarela de 10 cm de ancho, executada con pintura acrílica, incluso barrido previo 20.000 0,40 € M2. de pintura reflexiva branca en cebreados, símbolos e frechas, incluso barrido previo 500 12,50 € LOTE Nº 14 M.I. de desmontaxe de barreira de seguridade existente para posible adaptación á nova normativa aproveitando o material existente, incluso p.p. de reposición de postes, conectores, separadores, captafaros e tornillería 400 10,68 € M.I. de barreira de seguridade dobre onda de aceiro laminado e galvanizado en quente, de 3 mm de espesor, con postes tubulares hincados ou formigonados cada 4 m de lonxitude, con parte proporcional de conectores, separadores, captafaros e tornillería, totalmente rematada 1.000 38,00 € M.I. de barreira de seguridade dobre onda curvada de aceiro laminado e galvanizado en quente, de 3 mm de espesor, con postes tubulares hincados ou formigonados cada 4 m de lonxitude, con parte proporcional de conectores, separadores, captafaros e tornillería, totalmente rematada 200 49,00 € Ud. de abatemento corto de 4 m de lonxitude con barreira metálica de seguridade dobre onda de 3 mm de espesor, con postes tubulares hincados ou formigonados, con parte proporcional de pezas especiais, captafaros e tornillería, totalmente rematado 50 165,39 € Ud. de abatemento longo de 8 m de lonxitude con barreira metálica de seguridade dobre onda de 3 mm de espesor, con postes tubulares hincados ou formigonados, con parte proporcional de pezas especiais, captafaros e tornillería, totalmente rematado 50 255,34 € LOTE Nº 15 U.d. de sinal triangular de 70 cm de lado NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 100 57,09 € U.d. de sinal triangular de 90 cm de lado NIVEL II, incuso poste e tornillería, totalmente colocada 100 83,36 € U.d. de sinal triangular de 135 cm de lado NIVEL II, incuso poste e tornillería, totalmente colocada 100 45,41 € U.d. de sinal de STOP de 60 cm NIVEL II, incluso poste e tornilería, totalmente colocada 100 63,59 € U.d. de sinal de STOP de 90 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 100 89,55 € U.d. de sinal circular de 60 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 150 54,05 € U.d. de sinal circular de 90 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 150 72,68 € U.d. de sinal cadrada de 60x60 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 100 56,77 € U.d. de sinal rectangular de 90x60 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 100 67,36 € U.d. de sinal rectangular de 90x90 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 100 77,41 € U.d. de sinal rectangular de 135x90 cm NIVEL II, incluso poste e tornillería, totalmente colocada 100 105,42 € U.d. de panel discrecional vermello/branco ou azul/branco de 195/95cm NIVEL II, incuso postes e tornillería, totalmente colocado 100 100,25 € U.d. de panel discrecional vermello/branco ou azul/branco de 160x40cm NIVEL II, incuso postes e tornillería, totalmente colocado 100 66,27 € U.d. de panel discrecional vermello/branco ou azul/branco de 80x40cm NIVEL II, incuso postes e tornillería, totalmente colocado 100 49,55 € U.d. de panel complementario de 60x20 cm NIVEL II, incluso tornillería, totalmente colocado 50 47,77 € U.d. de panel complementario de 60x30 cm NIVEL II, incluso tornillería, totalmente colocado 50 51,77 € U.d. de panel complementario de 50x16 cm NIVEL II, incluso tornillería, totalmente colocado 50 46,00 € U.d. de panel complementario de 40x20 cm NIVEL II, incluso tornillería, totalmente colocado 50 45,64 € M2 de cartel de aceiro galvanizado fotoluminiscente NIVEL II, incuso p.p. de postes e tornillería, totalmente colocado 20 150,00 € M2 de frecha de aceiro galvanizado NIVEL II, incuso p.p. de postes e tornillería, totalmente colocado 50 88,00 € M2 de cartel de aceiro galvanizado NIVEL II, incuso p.p. de postes e tornillería, totalmente colocado 50 88,00 € U.d. de espello antivandálico completo de 60 cm, incluso poste e tornillería, totalmente colocado 50 75,00 € U.d. de espello antivandálico completo de 80 cm, incluso poste e tornillería, totalmente colocado 50 105,00 € B) VALOR ESTIMADO DO CONTRATO A efectos informativos establécese o seguinte orzamento máximo estimado para a totalidade do acordo marco: Anualidade Importe sen IVE IVE (21%) Importe IVE incluído 2016 298.948,26€ 62.779,14€ 361.727,40€ 2017 896.844,79€ 188.337,40€ 1.085.182,19€ TOTAL 1.195.793,05€ 251.116,54€ 1.446.909,59€ Os orzamentos máximos estimados para cada lote, son os que se indican, a efectos informativos, na táboa que se detalla a continuación, asemade, os importes indicados (sen IVE), son os de referencia para acreditar a solvencia económico–financeira e técnico–profesional en cada lote, segundo o establecido no apartado 2 Anexo I do presente prego: Lote Importe sen IVE IVE (21%) Importe IVE incluído Lote nº 1 102.273,75 € 21.477,49 € 123.751,24 € Lote nº 2 122.727,00 € 25.772,67 € 148.499,67 € Lote nº 3 109.047,75 € 22.900,03 € 131.947,78 € Lote nº 4 12.400,00 € 2604,00 € 15.004,00 € Lote nº 5 99.150,00 € 20.821,50 € 119.971,50 € Lote nº 6 79.320,00 € 16.657,20 € 95.977,20 € Lote nº 7 61.950,00 € 13.009,50 € 74.959,50 € Lote nº 8 200.400,00 € 42.084,00 € 242.484,00 € Lote nº 9 15.000,00 € 3.150,00 € 18.150,00 € Lote nº 10 17.701,05 € 3.717,22 € 21.418,27 € Lote nº 11 39.805,00 € 8.359,05 € 48.164,05 € Lote nº 12 90.288,50 € 18.960,59 € 109.249,09 € Lote nº 13 37.050,00 € 7.780,50 € 44.830,50 € Lote nº 14 73.108,50 € 15.352,79 € 88.461,29 € Lote nº 15 135.571,50 € 28.470,02 € 164.041,52 € C) FINANCIAMENTO: Cadro de financiamento: Ao tratarse dun acordo marco as adquisicións que se realicen, derivadas do presente Acordo, incluirán a correspondente aprobación do gasto. Anualidade Aplicación orzamentaria Importe total con IVE 2016 456.4530.210.00 361.727,40€ 2017 456.4530.210.00 1.085.182,19€ A Deputación de Pontevedra non se compromete a adquirir as cantidades previstas nos pregos, estas unicamente establécense a efectos informativos debido a que as unidades solicitadas serán as que resulten dos pedidos. Revisión de prezos: Non procede en aplicación ao disposto na Lei 2/2015 de desindexación da economía española que admite revisión periódica e predeterminada nos contratos de obras, contratos de subministracións de fabricación de armamento e equipamento das administracións públicas, nos contratos nos que o período de recuperación da inversión sexa igual ou superior a 5 anos ou custes relativos a man de obra. Asemade, en base a disposición adicional 88ª da Lei 22/2013 de Orzamentos xerais do Estado para o 2014 que modifica o TRLCSP e establece, no ámbito de aplicación, que non cabe a revisión de prezos con base a índices xerais. 1.4. PRAZO DE DURACIÓN DO ACORDO MARCO A duración do Acordo Marco será dun (1) ano desde a súa formalización. Poderase prorrogar anualmente por acordo do órgano de contratación ata un máximo de catro anos. O cumprimento da vixencia dará lugar a extinción do acordo marco, sen prexuízo de que, a duración dos contratos que se deriven do mesmo ou se celebren baixo a súa vixencia poidan superar dito prazo. Admite prorroga: Si 1.5. PRAZO DE ENTREGA E LUGAR DE RECEPCIÓN Prazos de entrega: - Prazo para a entrega das subministracións será, como máximo, de 12 horas desde a confirmación da petición. - Prazo para as marcas viarias será, como máximo, de 7 días naturais. Lugar de entrega: Calquera punto da provincia de Pontevedra acordado pola Deputación de Pontevedra. 1.6. RÉXIME DE PAGAMENTOS Forma de pagamento: O pagamento dos gastos derivados deste Acordo Marco realizaranse contra a presentación das correspondentes facturas correspondentes ás subministracións efectuadas, unha vez conformadas polo responsable do contrato. Nas ditas facturas deberanse indicar de forma unitaria os materiais subministrados indicando o prezo por unidade e cantidades. No caso dos lotes número 13, 14 e 15, a subministración conleva a instalación dos materiais subministrados. Lugar de presentación e forma da factura: As facturas de importe superior a 5.000,00€ deberán presentarse polo adxudicatario en formato electrónico a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (sede.depo.es), no tempo e forma, a efectos de que o órgano administrativo ó que corresponde proceda a súa tramitación (máis información en https://sede.depo.es). Nas facturas deberase indicar os código DIR 3 que identifican o procedemento, o CIF e nº de expediente que se relacionan a continuación: Administración: L02000036 (CIF: P3600000H) Órgano xestor: LA0006123; Unidade Tramitadora: LA0006135; Oficina Contable: LA0006135 Nº Expediente: 2016029998 Se xunto coa factura o adxudicatario ten que presentar outros documentos xustificativos do traballo realizado, o fará achegando os documentos xustificativos a través do sistema de facturación da Deputación de Pontevedra. 1.7. GARANTÍAS Provisional: non se esixe Definitiva para cada lote: Lote Importe da garantía definitiva Lote nº 1 5.113,69 € Lote nº 2 6.136,35 € Lote nº 3 5.452,39 € Lote nº 4 620,00 € Lote nº 5 4.957,50 € Lote nº 6 3.966,00 € Lote nº 7 3.097,50 € Lote nº 8 10.020,00 € Lote nº 9 750,00 € Lote nº 10 885,05 € Lote nº 11 1.990,25 € Lote nº 12 4.514,43 € Lote nº 13 1.852,50 € Lote nº 14 3.655,43 € Lote nº 15 6.778,58 € Prazo de garantía: a duración do contrato. 1.8. PENALIZACIÓNS No caso de incumprimento defectuoso da prestación obxecto do contrato ou para o suposto de incumprimentos dos compromisos ou das condicións especiais que se estableceron nos pregos conforme os artigos 64.2 e 118.1 do TRLCSP, cando non proceda a resolución do contrato, implicará a aplicación das penalidades previstas no presente prego e cando así proceda as previstas no artigo 212 do TRLCSP que deberán ser proporcionais á gravidade do incumprimento e as súa contía non poderá ser superior ó 10% do orzamento do contrato. Considéranse obrigas esenciais do contrato as seguintes: 1) Pagos a subcontratistas e provedores, os deberes derivados das disposicións legais, reglamentarias e convencionais vixentes en materia laboral, de protección de emprego, condicións de traballo, prevención de riscos laborais, de seguridade social e de seguridade e saúde no traballo. 2) Prazo de entrega establecido nos pregos que rexen a contratación. 3) Características dos materiais a subministrar. As penalidades faranse efectivas mediante a súa dedución das facturas, respondendo a garantía definitiva, en todo caso, da súa efectividade. As infraccións clasificaranse en leves e graves, atendendo as circunstancias concorrentes ao maior ou menor prexuízo que cause á administración. Para os incumprimentos do adxudicatario tipificaranse como faltas leves, ou faltas graves e impoñeranse as seguintes sancións: a) Faltas leves Calquera circunstancia relacionada co incumprimento das condicións establecidas nos pregos ou na oferta do adxudicatario que tras o requirimento da administración non son atendidas polo adxudicatario. A penalidade imposta se determinará mediante informe motivado do responsable do contrato e será do 10% do importe da factura correspondente. b) Faltas graves: Para os incumprimentos do adxudicatario das obrigas esenciais mencionadas anteriormente durante a execución do contrato ou as tipificadas como faltas graves, cando non proceda a súa resolución, impoñeranse as seguintes sancións: b.1) Faltas graves xerais: - Impagos a subcontratistas e provedores, os deberes derivados das disposicións legais, regulamentarias e convencionais vixentes en materia laboral, de protección de emprego, condicións de traballo, prevención de riscos laborais, de seguridade social e de seguridade e saúde no traballo. - Incumprimento nas características dos materiais subministrados. - A cesión en todo ou en parte do contrato baixo calquera modalidade ou título, sen previa autorización expresa do órgano de contratación. - A modificación do contrato sen a previa autorización da administración. - A comisión, no prazo de 2 meses, de dúas infraccións tipificadas como faltas leves. A penalidade imposta se determinará mediante proposta do responsable do contrato e será do 30% do importe da seguinte factura que corresponda, podendo resolver o contrato. b.2) Faltas graves relativas ao prazo ofertado: - Por un retraso superior ó 25% do prazo ofertado, a administración levará a cabo un apercibimento sen penalización, si se realizan 2 apercibimentos, aplicarase unha penalización do 5% na factura que corresponda. - Por un retraso igual ou superior ó 50% do prazo acordado para a entrega dos materiais ou das marcas viarias, salvo causa xustificada, a administración poderá aplicar unha penalización do 10% na factura correspondente (sendo esta penalización de carácter acumulativo xunto con penalidades interpostas que se deban aplicar na mesma factura) ou optar por resolver o contrato segundo o disposto no artigo 212 do TRLCSP. PROCEDEMENTO DE IMPOSICIÓN DE PENALIZACIÓNS As penalidades impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptada a proposta do responsable do contrato que se poderán executar sobre as facturas ou no seu defecto sobre a garantía depositada. No suposto de incumprimentos previsto no TRLCSP, que poidan dar orixe á resolución do contrato, a tramitación do correspondente expediente axustarase ao disposto no artigo 225 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 11.1 do prego económico administrativo) A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media do valor estimado do contrato. Documentación a presentar: a) No caso de Entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas Anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de Titulares de actividades económicas no ámbito do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos. (Debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan dita obriga). - Modelo 390 (Declaración resumen anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflexa a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispoñer do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflexa a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación das principais subministracións realizadas no curso dos cinco últimos anos relacionados co obxecto do contrato, estes certificados indicarán o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos, e precisarase si se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V). As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou por este, a fata do certificado, mediante unha declaración do empresario. O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido) debe ser igual ou superior ó 70% do valor estimado do contrato, o da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato. Nota: Considerase como valor estimado do contrato o importe total que se indica a efectos informativos para cada un dos lotes, sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido. Nota importante: No caso de que unha mesma empresa licite a mais dun Lote, a solvencia económica e técnica deberá ser a equivalente a suma do importe de todos os lotes aos que presente proposta. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO ACORDO MARCO Pluralidade de criterios: si Para a avaliación das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ao seguinte criterio directamente vinculado ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios de avaliación mediante xuízos de valor (Sobre B). Os criterios non avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 25 puntos, de conformidade co seguinte: 3.1.1. Características e calidades dos materiais, ata un máximo de 25 puntos. Neste apartado valorarase as características e calidades dos materiais ofertados a maiores dos mínimos esixidos nos pregos. Na documentación que se presente no sobre B non poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta ofertada polo licitador no sobre C. Toda referencia relacionada cos criterios de avaliación mediante fórmulas presentarase unicamente no sobre C O incumprimento deste precepto carreará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de avaliación automática (Sobre C). Nota importante: So se procederá a apertura e valoración das propostas do sobre C das empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 12 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 75 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 3.2.1. Menor prezo unitario, ata un máximo de 75 puntos. Este criterio valorarase de acordo ao seguinte: - Nos lotes con número 1, 2, 4, 5, 6,7,8 e 9 valorarase o prezo unitario ofertado. - Nos lotes con número 3, 10, 11, 12, 13, 14 e 15 valorarase o prezo unitario medio ofertado. O cálculo do prezo medio unitario ponderado é o dato resultante de multiplicar os prezos unitarios ofertados polo peso de ponderación (con respecto ao importe total do lote dividido entre 100) e entre o número de tipos de subministracións. Este é o dato que se utilizará para aplicar a fórmula de valoración do prezo. A ponderación levada a cabo é a que se detalla no AnexoVI_plantillasobreC para cada un dos lotes. Os datos que se utilizarán na fórmula para o cálculo da puntuación a efectos de Prezo de licitación (P) serán para cada un dos lotes os seguintes: Lote Tipo de dato a utilizar na fórmula Dato Lote nº 1 Prezo unitario de licitación 454,55 € Lote nº 2 Prezo unitario de licitación 409,09 € Lote nº 3 Prezo medio unitario ponderado de licitación 177,02 € Lote nº 4 Prezo unitario de licitación 12,40 € Lote nº 5 Prezo unitario de licitación 13,22 € Lote nº 6 Prezo unitario de licitación 13,22 € Lote nº 7 Prezo unitario de licitación 8,26 € Lote nº 8 Prezo unitario de licitación 40,08€ Lote nº 9 Prezo unitario de licitación 60,00 € Lote nº 10 Prezo medio unitario ponderado de licitación 2,87 € Lote nº 11 Prezo medio unitario ponderado de licitación 1,52 € Lote nº 12 Prezo medio unitario ponderado de licitación 1,72 € Lote nº 13 Prezo medio unitario ponderado de licitación 0,61 € Lote nº 14 Prezo medio unitario ponderado de licitación 26,00 € Lote nº 15 Prezo medio unitario ponderado de licitación 3,32 € Nota importante: No caso do prezo medio unitario ponderado este é unicamente o dato que se utiliza a efectos de valoración do criterio “Menor prezo medio unitario ofertado” polo que, os prezos unitarios de adxudicación serán os ofertados polo adxudicatario. Este criterio avaliarase en función da fórmula establecida no Anexo III do presente prego para cada un dos lotes. Entenderanse por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR Nota importante: No caso de presentarse a varios lotes, o licitador poderá presentar un único sobre A, para todos os lotes, e pola contra deberase presentar un sobre B e outro C para cada un dos lotes aos que presente proposta. SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Declaración responsable subscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo IV. A efectos informativos indícase que é posible a presentación do Documento europeo único de contratación electrónico (DEUC) en substitución da declaración responsable indicada neste punto. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá achegar unha declaración responsable (ou DEUC), así como un documento indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 3.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ao foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ao castelán ou galego. SOBRE B: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Nota importante: No caso de presentarse a varios lotes, deberase achegar un sobre B por cada un dos lotes As ofertas deberán presentarse tanto en formato papel como en formato dixital. A oferta deberá estar paxinada e conter un índice detallado. O formato dixital deberá presentarse en soporte CD ou DVD, coa seguinte etiqueta: EMPRESA
NOME DE FICHEROS Oferta_Técnica.doc Oferta_Técnica.pdf A versión dixital se entregará nun único ficheiro cunha versión en formato .pdf e outra en formato .doc. Se existise algunha incongruencia entre a oferta presentada en papel e a presentada en formato dixital prevalecerá a primeira. Durante o proceso de valoración das ofertas non se terán en conta aquelas que non presenten toda a documentación no formato indicado anteriormente. As ofertas técnicas que presenten os licitadores deberán contemplar de maneira obrigatoria e exclusiva os seguintes puntos, e na mesma orde dos especificados a continuación. Non presentar a seguinte estrutura ou engadir algún punto ademais dos indicados será motivo de exclusión. 1. Índice: Deberase incluír un índice que enumero os contidos da proposta técnica. 2. Características dos produtos: Neste punto o licitador deberá detallar as características dos produtos, que como mínimo deberá cumprir co establecido nos pregos. Notas importantes: - Para as subministracións deberase indicar o lugar de situación da planta onde será elaborado o produto a fornecer, e se achegará unha mostra suficiente de produto para a súa análise. - Para as marcas viarias indicarase o emprazamento da sede loxística e a súa proximidade. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Nota importante: No caso de presentarse a varios lotes, deberase achegar un sobre C por cada un dos lotes Presentarase pechado e co seguinte contido: A oferta económica deberanse presentar tanto en formato papel como en formato dixital.O formato dixital deberá presentarse en soporte CD ou DVD, coa seguinte etiqueta: EMPRESA NOMBRE DE FICHEROS Oferta_Económica.Excel Oferta_Económica.pdf 1.- Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo II do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. O formato dixital será pdf. 2.- Relación dos prezos unitarios segundo o modelo do Anexo VI_plantillasobreC, do correspondente lote, do presente prego. O formato dixital será o Excel e pdf. Nota importante: A plantilla non pode ser modificada en ningún dos seus datos. A omisión, corrección ou cambio dalgún dato acarreará a expulsión automática do procedemento. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido.” ANEXO II “MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) Nota importante: No caso de presentarse a varios lotes, deberase achegar un Anexo II. Modelo de proposición por cada un dos lotes e deberá presentarse no seu corresponde sobre. Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio / ou en representación dá empresa ................................. (CIF- núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo declaro responsablemente. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o Acordo Marco correspondente a subministración de materiais e sinalización vertical e horizontal para o servizo de mobilidade: Primeira.-Declaramos que na execución do contrato se cumpriran as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo.-Comprometémonos a subministración dos bens, con estrita suxeición os pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coa seguinte condición: Terceiro.- Declaramos que os prezos unitarios dos materiais indícanse no Anexo VI.- plantillasobreC, LOTE Nº :……………… do prego de cláusulas económico-administrativas que achegamos xunto ao presente documento. Nota importante: A presentación do Anexo VI.-plantillasobreC é obrigatoria. …………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO III “FÓRMULAS A APLICAR PARA A AVALIACIÓN DOS CRITERIOS AUTOMÁTICOS (SOBRE C) Fórmula a utilizar para a valoración do prezo para cada un dos lotes (máximo de 70 puntos): - Nos lotes con número 1, 2, 4, 5, 6,7,8 e 9 valorarase o prezo unitario ofertado. - Nos lotes con número 3, 10, 11, 12, 13, 14 e 15 valorarase o prezo unitario medio ofertado. O cálculo do prezo medio unitario ponderado é o dato resultante de multiplicar os prezos unitarios ofertados polo peso de ponderación (con respecto ao importe total do lote dividido entre 100) e entre o número de tipos de subministracións. Este é o dato que se utilizará para aplicar a fórmula de valoración do prezo. A ponderación levada a cabo é a que se detalla no AnexoVI_plantillasobreC para cada un dos lotes. Os datos que se utilizarán na fórmula para o cálculo da puntuación a efectos de Prezo de licitación (P) serán para cada un dos lotes os seguintes: Lote Tipo de dato a utilizar na fórmula Dato Lote nº 1 Prezo unitario de licitación 454,55 € Lote nº 2 Prezo unitario de licitación 409,09 € Lote nº 3 Prezo medio unitario ponderado de licitación 177,02 € Lote nº 4 Prezo unitario de licitación 12,40 € Lote nº 5 Prezo unitario de licitación 13,22 € Lote nº 6 Prezo unitario de licitación 13,22 € Lote nº 7 Prezo unitario de licitación 8,26 € Lote nº 8 Prezo unitario de licitación 40,08€ Lote nº 9 Prezo unitario de licitación 60,00 € Lote nº 10 Prezo medio unitario ponderado de licitación 2,87 € Lote nº 11 Prezo medio unitario ponderado de licitación 1,52 € Lote nº 12 Prezo medio unitario ponderado de licitación 1,72 € Lote nº 13 Prezo medio unitario ponderado de licitación 0,61 € Lote nº 14 Prezo medio unitario ponderado de licitación 26,00 € Lote nº 15 Prezo medio unitario ponderado de licitación 3,32 € Nota importante: No caso do prezo medio unitario ponderado este é unicamente o dato que se utiliza a efectos de valoración do criterio “Menor prezo medio unitario ofertado” polo que, os prezos unitarios de adxudicación serán os ofertados polo adxudicatario. • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1, O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=1,…., n), • b1, b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima, • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e Wmax, i=1, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=1, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e por tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20 % (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación tense b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas unha puntuación nula (Vi=0). Na práctica esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propomos dar unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que: 4. Fórmula completa para a valoración de ofertas: 1. Definición de Wmax: 2. Definición de S: Se : , Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para i=1,…..,n: Se entón , Se entón 4. Valoración das ofertas cando Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición equivale a porque: • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada.” ANEXO IV DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse, en formato pdf, na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 “DOCUMENTO EUROPEO ÚNICO DE CONTRATACIÓN (DEUC E DEUC ELECTRÓNICO) 1. PRINCIPIOS BÁSICOS DO DEUC O DEUC é un documento creado para facilitar a participación na contratación pública que consiste nunha declaración formal e actualizada da empresa interesada, en sustitución da documentación acreditativa que confirme a idoneidade, solvencia financeira e capacidade das empresas utilizada como proba preliminar en todos os procedementos de contratación pública que rebasan o umbral da Unión Europea. O DEUC está dispoñible en todas as linguas da Unión Europea (UE). A declaración permite comprobar que as empresas licitadoras non están incursas en ningunha das situacións nas que poderían resultar excluídas do procedemento e que cumpren os criterios pertinentes de exclusión e selección. Coa presentación do DEUC os licitadores non terán que proporcionar as probas documentais completas e diferentes formularios utilizados anteriormente na contratación pública da UE, o que significa unha considerable simplicación do acceso ás oportunidades de licitación transfronteirizas, por tanto, será o adxudicatario quen unicamente deberá presentar os certificados que se soliciten normalmente como proba. 2. ACCESO AO DEUC E O DEUC ELECTRÓNICO Con arranxo as novas Directivas sobre contratación pública, o DEUC facilitarase exclusivamente en formato electrónico a partir do 18 de abril de 2018, en tanto, a fin de posibilitar a transición en toda a UE, ata a data mencionada coexistirá a versión electrónica e a versión en papel dispoñibles de acordo ao seguinte: - Formato papel: Documento DEUC que figura no anexo II do Reglamento de Execución (UE) 2016/7 da Comisión, de 5 de xaneiro de 2016, polo que se establece o formulario normalizado do DEUC. Pódese visualizar na dirección web http://eur-lex.europa.eu. - En formato electrónico a través do servizo en liña DEUC electrónico na seguinte dirección web https://ec.europa.eu/growth/tools-databases/espd. O servizo en liña proporcionado pola Comisión Europea é gratuíto para os compradores, licitadores e demais partes interesadas en cumprimentar o documento de forma electrónica. O formulario en liña pode ser cumprimentado, impreso e posteriormente enviarse xunto coa oferta. Se o procedemento se realiza de forma electrónica, o DEUC presentado no marco dun procedemento de contratación pública anterior, pode reutilizarse sempre que a información siga sendo a correcta. As empresas que figuren inscritas en listas oficiais autorizadas, no caso de España o Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado (ROLECE) ou o equivalente a nivel autonómico co alcance previsto no artigo 327.1 do TRLCSP, non estarán obrigadas a facilitar no formulario DEUC os datos e información que xa forme parte dos ditos rexistros, sempre e cando as empresas inclúan no DEUC a información necesaria para que o órgano de Contratación poida realizar o acceso correspondente (datos de identificación no rexistro, declaración de consentimento, dirección web, etc). Os licitadores poderán ser excluídos do procedemento ou ser obxecto de enxuizamento se a información contida no DEUC foi falseada, ocultada ou non pode completarse con documentos xustificativos. 3. COMO UTILIZAR O DEUC ELECTRÓNICO 3.1. Acceso a través de calquera navegador de internet O DEUC electrónico funciona coas versións máis recentes dos navegadores máis habituais (Chrome, Internet, Explorer, Firefox, Safari e Opera). Débese ter en conta que certas funcións, como descargar un fichero, non é posible realizalas en teléfonos intelixentes ou tabletas. 3.2. Crear, importar e descargar o DEUC electrónico O servizo en liña DEUC permite crear un modelo novo ou reutilizar un modelo xa utilizado nun procedemento anterior, por tanto o DEUC electrónico estará dispoñible por vía electrónica xunto cos demais documentos de licitación. A empresa licitadora procederá a importar o dito modelo, cumprimentar os datos necesarios, descargar e imprimir, no caso de que sexa necesario, presentando deste modo o DEUC cos demais documentos de licitación. 3.3. Descargar o DEUC electrónico en formato PDF En Microsoft Windows o DEUC electrónico pode descargarse a través do Chrome (coa impresora que leva integrada). No caso doutros navegadores pode utilizarse calquera creador de documentos en PDF dispoñible en liña de forma gratuíta. No caso de Mac, OSX o Linux, o DEUC pode imprimirse desde calquera navegador. 3.4. Sinatura do DEUC electrónico Para a sinatura electrónica deberase descargar o modelo en XML e utilizar a correspondente sinatura electrónica. Se non fora posible, deberase imprimir o DEUC en formato PDF e asinarse a man. 3.5. Impresión do DEUC electrónico Pódese imprimir o DEUC electrónico desde o servizo en liña posto a disposición pola Comisión Europea. O formulario DEUC electrónico aparece tras pulsar o botón “Imprimir”. 3.6. Como cumprimentar automaticamente os datos sobre o procedemento que deben figurar na parte I do DEUC electrónico. O servizo DEUC electrónico que ofrece a Comisión Europea recolle automaticamente esta información sempre que se respecten as seguintes etapas: 1) Presentado o anuncio de licitación no TED (Tender Electronic Daily) 2) A empresa licitadora recibe un correo electrónico con un numero de identificación. 3) Introdúcese o número de identificación no servizo DEUC electrónico. Posteriormente, esta información se inserta automaticamente na parte I do DEUC electrónico. 3.7. Reutilización do DEUC electrónico O servizo en liña do DEUC electrónico permite tanto aos compradores como as empresas licitadoras reutilizar o formulario do DEUC electrónico utilizado en procedementos de contratación anteriores. O formulario pode utilizarse mentres os datos sigan sendo correctos e pertinentes. 3.8. Presentación de probas orixinais Será o adxudicatario do contrato quen deberá presentar as probas orixinais, en tanto, poderase solicitar en todo momento do procedemento a presentación de probas a fin de garantir a correcta execución do mesmo. No caso de que as probas, ou parte das mesmas, estean dispoñibles en bases de datos oficiais (En España ROLECE ou Rexistro autonómico equivalente), de forma gratuíta, as empresas poderán indicar onde poden encontrarse as probas solicitadas (nome do rexistro, identificación, etc), e por tanto, o solicitante obter as probas da fonte indicada, sen prexuízo das normas pertinentes en materia de protección de datos persoais). 4. ASPECTOS TÉCNICOS RELACIONADOS CO DEUC ELECTRÓNICO O servizo DEUC electrónico é unha aplicación en liña destinada a facilitar o proceso de elaboración do formulario do DEUC, non unha base de datos de preselección polo que non almacena ningún dato. O formulario se conserva sempre localmente no ordenador do usuario. No futuro será posible para a empresa licitadora ver directamente no DEUC electrónico que probas se poden utilizar para cumprir un criterio específico.” ANEXO V “MODELO DE ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA DAS SUBMINISTRACIÓNS REALIZADAS ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO A REALIZACIÓN DAS SUBMINISTRACIÓNS REALIZADAS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS CINCO ANOS TÍTULO DO CONTRATO Nº EXPEDIENTE D./Dna. ………………………..…, con DNI nº …………………….,en nome propio ou en representación da empresa ………………………………………………………….…………, con NIF/CIF nº …………………………………… DECLARA que a relación das subministracións obxecto do presente contrato realizadas nos últimos cinco anos, son as que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe do ano 2014 Importe do ano 2015 Importe total dos últimos 5 años Destinatario Inicio Fin Totais ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO VI 4.24795.- DEVOLUCIÓNS GARANTÍAS DEFINITIVAS a) Devolución de garantías definitivas á empresa Ilux Visual Technologies, S.L. A empresa Ilux Visual Technologies,S.L. (CIF B 70.089.131), mediante escrito presentado polo Servizo de Contratación perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Subministro de sete visualizadores tridimensionais na comarca do Deza, enmarcado no proxecto DepoDeza, cofinanciado nun 70% polo FEDER”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de dous mil novecentos noventa e dous euros con cincuenta céntimos (2.992,50 €), para responder do contrato relativo a “Subministro de sete visualizadores tridimensionais na comarca do Deza, enmarcado no proxecto DepoDeza, cofinanciado nun 70% polo FEDER”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/03/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300031610. b) Devolución de garantías definitivas á empresa Halcón Viajes, S.A. A empresa Halcón Viajes, S.A.U. (CIF A 10.005.510), mediante escrito presentado polo Servizo de Contratación perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Xestión, desenvolvemento e execución do programa Coidarte 2014”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de catro mil trescentos trinta e oito euros con oitenta e catro céntimos (4.338,84 €), para responder do contrato relativo a “Xestión, desenvolvemento e execución do programa Coidarte 2014”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/05/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400065778, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. c) Devolución de garantías definitivas á empresa T-Systems ITC Iberia, S.A. A empresa T-Systems ITC Iberia, S.A. (CIF A 81.608.077), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de COMMERZBANK, por importe de mil trescentos trinta e dous euros con tres céntimos (1.332,03 €), para responder do contrato relativo a “Actualización da aplicación económico financeira da Deputación e a información e migración de datos contables dos OOAA ao novo aplicativo contable chamado GEMA”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/01/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300002057. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de COMMERZBANK, por importe de mil catrocentos trinta e seis euros (1.436,00 €), para responder do contrato relativo a “Adquisición de licenzas de Webservices Conecta para o programa de xestión económica SICAL-TAO”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/06/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200041541. 5.24796.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE MENOS DE 20.000 HABITANTES PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA O ANO 2016 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria do día 6 de maio de 2016, aprobou as bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas ós concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2016. Resultando que as bases reguladoras destas subvencións foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 96 de data 20 de maio de 2016, e o Extracto das bases da convocatoria no BOPPO número 97 de data 23 de maio de 2016, as entidades interesadas nestas subvencións dispuxeron dun prazo para presentación de solicitudes ata o día 22 de xuño de 2016. Resultando que unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e feitos os requirimentos de documentación, o 12 de setembro reúnese a comisión de valoración para estudar os 35 expedientes presentados á convocatoria, admitíndose un total de 33 solicitudes e desestimando duas por presentar documentación fóra de prazo ou non contestar o requerimento. Resultando que na base décimo cuarta recollese que “Procederase ao pagamento anticipado do 50% da axuda provincial logo de comprobar de oficio que a entidade receptora cumpre coas obrigas tributarias coa Deputación de Pontevedra. O 50 % restante librarase tras a xustificación da execución completa do programa”. Resultando que con data 14 de setembro de 2016 o Interventor emite informe favorable sobre a tramitación do expediente de concesión das 33 solicitudes admitidas á convocatoria de subvencións dirixidas ós concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2016, e deixa constancia da existencia de crédito dispoñible para facer fronte a este gasto por importe de 134.244,18 € con cargo a aplicación orzamentaria 16/250.2315.462.01, en onde existe crédito retido no documento “RC” número 201600060775. Considerando que o órgano competente para a autorización e disposición deste gasto é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado na base décimo primeira da convocatoria destas subvencións, así como na base 16.2 de execución do vixente orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- A concesión de subvencións dirixidas ós concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano, a favor dos 33 concellos que a continuación se relacionan, por importe global de 134.244,18 € con cargo a aplicación orzamentaria 16/250.2315.462.01, do vixente Orzamento provincial, de acordo co seguinte detalle: CIF/NIF CONCELLO PROXECTO IMPORTE CONCEDIDO P3600100F Concello de Arbo Proxecto: quedas? Quedada! Na web e no concello 1.873,80 € P3600300B Concello de Baiona Xornadas de violencia de xénero para profesionais 4.500,00 € P3600200D Concello de Barro Espazos de lecer “Concilia 2016” 1.080,00 € P3600400J Concello de Bueu Sensibilización, prevención e formación contra VX: expresarte! 5.965,30 € P3600500G Concello de Caldas de Reis Fomento da igualdade e prevención da violencia de xénero 6.000,00 € P3600600E Concello de Cambados I plan de igualdade de oportunidades CIM o Salnés 3.727,00 € P3600900I Concello de a Cañiza Xóvenes e iguais: Prevención e detección da violencia de xénero 1.350,00 € P3601000G Concello de Catoira Programa de corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, familiar e profesional 6.000,00 € P3601200C Concello de Cotobade Campaña de loita contra a violencia de xénero 3.100,00 € P3601500F Concello de Cuntis Un concello en igualdade 6.000,00 € P3601900H Concello de Fornelos de Montes Proxecto de igualdade para a inclusión “Inserta” 6.000,00 € P3602200B Concello do Grove Prevención da violencia de xénero e promoción da igualdade 4.994,64 € P3602300J Concello da Guarda Proxecto igualando 1.975,00 € P3602800I Concello de Meis Ludoteca de verán “Ludomeis” 4.000,00 € P3602900G Concello de Moaña Prevención violencia: “Defensa persoal para mulleres e adolescentes” 3.720,00 € P3603000E Concello de Mondariz Proxecto para a promoción participativa das relacións saudables entre homes e mulleres 6.000,00 € P3603200A Concello de Moraña Elaboración do III Plan municipal de igualdade do concello de Moraña 4.000,00 € P3603300I Concello de Mos Proxecto: somos únicos 4.720,75 € P3603400G Concello das Neves Elaboración do Plan de igualdade de oportunidades municipal 5.445,00 € P3603500D Concello de Nigrán Campaña para a prevención da violencia de xénero na adolescencia e a xuventude 4.345,00 € P3603600B Concello de Oia Intervención socioeducativa en igualdade de xénero e prevención da violencia de xénero 3.095,20 € P3604100B Concello de Poio Empoderadas 4.750,00 € P3604300H Concello de Ponte Caldelas Proxecto: desenrédate 2.400,00 € P3604400F Concello de Pontecesures Promoción da igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero 6.000,00 € P3603900F Concello do Porriño III plan de igualdade de oportunidades do Concello do Porriño 4.000,00 € P3604000D Concello de Portas Plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 4.000,00 € P3604600A Concello de Ribadumia I plan de igualdade de oportunidades CIM o Salnés 2.420,00 € P3605000C Concello de Salvaterra de Miño Oca con probas da igualdade 968,00 € P3605100A Concello de Sanxenxo Proxecto de empoderamento feminino no concello de Sanxenxo 5.014,50 € P3605200I Concello de Silleda Xénero e vulnerabilidade. Concello de Silleda 5.760,00 € P3605300G Concello de Soutomaior Dinamización da caivix 5.287,00 € P3605400E Concello de Tomiño Programa integral de intervención en materia de igualdade de oportunidades e VCM 2016 2.752,99 € P3605600J Concello de Valga Actualización plan igualdade 2016-2021 e “a cultural dos graffitis como vehículo prom. Ig” 3.000,00 € 2.- Desestimar un total de 2 solicitudes, por non presentar a documentación requerida ou presentala fóra de prazo, e todo isto, de acordo co seguinte detalle: CIF/NIF Concello Proxecto Motivo P3600700C Concello de Campo Lameiro Teatro para a igualdade Non presentar documentación requirida P3605800F Concello de Vilaboa Andaina pola igualdade Presentar documentación fóra de prazo 3.- Aprobar o adianto do 50% do importe das achegas concedidas os citados trinta e tres concellos que presentaron as solicitudes completas e reunen os requisitos establecidos nas bases da convocatoria, de acordo co seguinte detalle: CIF/NIF Concello Proxecto Importe 50% P3600100F Concello de Arbo Proxecto: quedas? Quedada! Na web e no concello 936,90 € P3600300B Concello de Baiona Xornadas de violencia de xénero para profesionais 2.250,00 € P3600200D Concello de Barro Espazos de lecer “Concilia 2016” 540,00 € P3600400J Concello de Bueu Sensibilización, prevención e formación contra VX: expresarte! 2.982,65 € P3600500G Concello de Caldas de Reis Fomento da igualdade e prevención da violencia de xénero 3.000,00 € P3600600E Concello de Cambados I plan de igualdade de oportunidades Cim o Salnés 1.863,50 € P3600900I Concello de A Cañiza Xóvenes e iguais: prevención e detección da violencia de xénero 675,00 € P3601000G Concello de Catoira Programa de corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, familiar e profesional 3.000,00 € P3601200C Concello de Cotobade Campaña de loita contra a violencia de xénero 1.550,00 € P3601500F Concello de Cuntis Un concello en igualdade 3.000,00 € P3601900H Concello de Fornelos de Montes Proxecto de igualdade para a inclusión “inserta” 3.000,00 € P3602200B Concello do Grove Prevención da violencia de xénero e promoción da igualdade 2.497,32 € P3602300J Concello da Guarda Proxecto igualando 987,50 € P3602800I Concello de Meis Ludoteca de verán “ludomeis” 2.000,00 € P3602900G Concello de Moaña Prevención violencia: “defensa persoal para mulleres e adolescentes2 1.860,00 € P3603000E Concello de Mondariz Proxecto para a promoción participativa das relacións saudables entre homes e mulleres 3.000,00 € P3603200A Concello de Moraña Elaboración do III plan municipal de igualdade do concello de Moraña 2.000,00 € P3603300I Concello de Mos Proxecto: somos únicos 2.360,38 € P3603400G Concello das Neves Elaboración do plan de igualdade de oportunidades municipal 2.722,50 € P3603500D Concello de Nigrán Campaña para a prevención da violencia de xénero na adolescencia e a xuventude 2.172,50 € P3603600B Concello de Oia Intervención socioeducativa en igualdade de xénero e prevención da violencia de xénero 1.547,60 € P3604100B Concello de Poio Empoderadas 2.375,00 € P3604300H Concello de Ponte Caldelas Proxecto: desenrédate 1.200,00 € P3604400F Concello de Pontecesures Promoción da igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero 3.000,00 € P3603900F Concello do Porriño III plan de igualdade de oportunidades do concello do Porriño 2.000,00 € P3604000D Concello de Portas Plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 2.000,00 € P3604600A Concello de Ribadumia I plan de igualdade de oportunidades CIM o Salnés 1.210,00 € P3605000C Concello de Salvaterra de Miño Oca con probas da igualdade 484,00 € P3605100A Concello de Sanxenxo Proxecto de empoderamento feminino no concello de Sanxenxo 2.507,25 € P3605200I Concello de Silleda Xénero e vulnerabilidade. Concello de Silleda 2.880,00 € P3605300G Concello de Soutomaior Dinamización da Caivix 2.643,50 € P3605400E Concello de Tomiño Programa integral de intervención en materia de igualdade de oportunidades e Vcm 2016 1.376,50 € P3605600J Concello de Valga Actualización plan igualdade 2016-2021 e “a cultural dos graffitis como vehículo prom. Ig” 1.500,00 € TOTAL 67.122,09 € 4.- O gasto por importe global de 67.122,09 € relativo o adianto do 50% da axuda provincial ós citados concellos de menos de 20.000 habitantes para fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, imputarase a aplicación orzamentaria 16/250.2315.462.01 do vixente Orzamento provincial. 6.24797.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTUACIÓNS E ACTIVIDADES DE CARÁCTER TURÍSTICO 2016 A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do día 1 de abril de 2016 acordou a aprobación das bases reguladoras das subvencións, en concorrencia competitiva, para actuacións e actividades de carácter turístico durante o ano 2016. As bases reguladoras das subvencións foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) nº 71 de 14 de abril de 2016 e no portal da Base de Datos Nacional de Subvencións e o extracto do acordo da Xunta de Goberno de 1 de abril de 2016 foi publicado no BOPPO nº 72 de 15 de abril de 2016. O 1 de setembro de 2016, a Técnica de Administración do Servizo de Turismo, órgano instrutor do expediente, emite informe sobre a valoración das propostas, de acordo aos criterios previstos nas bases reguladoras das subvencións, previa exclusión dos beneficiarios que non cumpren cos requisitos da convocatoria. O 15 de setembro de 2016, Intervención informa favorablemente a valoración das propostas. O 16 de setembro de 2016, a Comisión de Valoración, á vista dos antecedentes e de conformidade co informe do órgano instrutor efectúa a valoración das solicitudes admitidas e acorda desestimar as solicitudes que non cumpren cos requisitos para a súa concesión. Fundamentación xurídica e técnica: Normativa examinada: No relativo ó réxime xurídico: • Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). • R.D. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (RLXS). • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). • Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local. • Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. • Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF). • Bases de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra para o ano 2016. No relativo á instrución do expediente: • Base 8ª das reguladoras das subvencións, en concorrencia competitiva para “actuacións e actividades de carácter turístico” durante o ano 2016, publicadas no BOPPO nº 71 do 14 de abril de 2016, que establece que a instrución do procedemento de concesión correspóndelle ao Servizo de Turismo e que as actividades de instrución comprenderán a avaliación das solicitudes efectuada conforme aos criterios de valoración. No relativo á evacuación de informes: • Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición c a evacuación de informes. • Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á resolución cando se incorporen ó texto da mesma. • Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. • Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. • Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Consideracións xurídicas e técnicas: Consta no expediente o informe do órgano instrutor do expediente sobre a valoración das solicitudes, informe favorable de Intervención sobre a mesma e informe da comisión de valoración. Non procede formular proposta de resolución provisional nin outorgar un trámite de audiencia aos interesados ao non constar feitos nin outras alegacións nin probas que as aducidas polos mesmos, de acordo co previsto no artigo 24 LXS. Competencia: O órgano competente para a concesión das subvencións e desestimación das solicitudes é a Xunta de Goberno, conforme ao establecido no artigo 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais en concordancia coa base 16ª das de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra para o ano 2016. En consecuencia, visto o que antecede e a normativa de pertinente aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Conceder as seguintes subvencións ós beneficiarios que se indican a continuación, de acordo co seguinte detalle: Expediente Cif Entidade Actividade Orzamento Importe Subvención % SUBV. 2016024600 G94009545 Asoc. Cultural e veciñal virxe do Rosario de Torroña Festa gastronómica carne de Poldro 13.485,89 € 8.985,89 € 66,63% 2016024614 G94060845 Asoc. Veciñal cultural e deportiva "O Cancelón" Festa do percebe e do mexillón 14.795,55 € 9.195,55 € 62,15% 2016024676 G94047198 Asoc. Proturga - profesionais do turismo de Galicia Foro experiencial: do turismo accesible ao sensitivo 3.506,50 € 2.454,00 € 69,98% 2016024827 G94037538 Asociación de veciños de Vilatuxe VI feira dos Carballiños 10.102,90 € 4.500,00 € 44,54% 2016024937 G36763225 Hermandad de devotos de San Roque Romería de San Roque de Vigo 42.875,49 € 9.900,00 € 23,09% 2016025021 G36597201 Asociación ruta do viño Rías Baixas Promoción enogastronomía 30.262,20 € 6.052,44 € 20,00% 2016025075 G36046944 Moto club amigos de la moto XXXII concentración internacional moto turística rías baixas 15.125,00 € 10.000,00 € 66,12% 2016025077 G27817444 Asociación sociocultural y deportiva sinergias 360 Desafío boot camp Vigo 2016 38.167,29 € 25.000,29 € 65,50% 2016025435 G94063310 Asociación lúdica cultural O Cubreiro Campionato mundial de colchonetas 3.220,00 € 1.440,00 € 44,72% 2016025440 V36937928 Centro iniciativas turísticas Val Miñor Creación de blogs, facebook, paquetes de itinerarios e formación 3.000,00 € 2.100,00 € 70,00% 2016025459 G36196954 Asociación de amigos do Camiño Portugués A Santiago Vi exposición "camiños - encaixes e bordados no camiño portugués" 7.500,00 € 4.000,00 € 53,33% 2016025503 G36288603 Asociación Agarimo Creación de blogs, facebook, paquetes de itinerarios e formación 3.000,00 € 2.100,00 € 70,00% 2016025507 G36690170 Cofradía do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas XII festival poético-piromuical de Bouzas 17.138,09 € 11.995,00 € 69,99% 2016025513 G36805158 Centro veciñal e cultural de Valladares XXVII festa do polbo 16.000,00 € 5.000,00 € 31,25% 2016025519 G36164697 Asociación veciños de sabucedo Musa´16 (muiñada, magosto e samaín en Sabucedo) 7.542,60 € 5.279,82 € 70,00% 2016025573 G36032498 Empresarios grovenses de bens e servicios (Emgrobes) Plan de desestacionalización do turismo do Grove 26.015,00 € 15.595,00 € 59,95% 2016025589 G27720648 Asociación motopolisvigo 5ª concentración internacional de policías motoristas 70.975,00 € 6.765,00 € 9,53% 2016026052 G36623346 Monte real club de yates de Baiona Encontro náutico internaciona Baiona Angra Atlantic Race 28.700,00 € 20.090,00 € 70.00% TOTAL 351.411,51 € 150.452,99 € 2. Autorizar e dispoñer o gasto na aplicación orzamentaria 16/433-4320-489.01 por importe de cento cincuenta mil catrocentos cincuenta e dous euros con noventa e nove céntimos (150.452,99 €), na que existe crédito suficiente, para facer fronte ao gasto, a favor dos beneficiarios da subvención e polos importes individuais concedidos. 3. Desestimar as seguintes solicitudes de subvención por non reunir os requisitos para a súa concesión polos motivos que se indican: Expediente Cif Entidade Actividade Estimación Causa de Desestimación 2016015679 G36147759 Asociación de Veciños el Carmen - Nespereira Festa do Ovo Non Non achega a documentación requirida 2016024798 G36054187 Centro de Animación Rural Cear Castromao Feira do pan de Mondariz Non Non achega a documentación requirida 2016024815 G36361996 Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia Elaboración de paneis de apoio para a xornada de portas abertas Non Actividade non subvencionable (o gasto ten a consideración de investimento) 2016024837 V36401479 Consorcio Empresarios Turísticos de Sanxenxo (Cets) Creación Plataforma Online Non Actividade non subvencionable (o gasto ten a consideración de investimento) 2016024840 G36374395 Asociación Turismo Rural Comarca Tabeirós - Terra de Montes - Mar de Compostela Creación Páxina Web E Tours Virtuais Google Non Actividade non subvencionable (o gasto ten a consideración de investimento) 2016025061 G36772903 Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor Programa Formación Hosteleiros Non Os ingresos previstos cobren a totalidade dos gastos 2016025083 G36505469 Club de Buceo Ons VIII Trofeo Fotosub Deputación de Pontevedra Non Non achega a documentación requirida 2016025376 G36042067 Club Piragüismo Illa De Arousa Festas Gastronómicas (Festa do Mexillón E Festa do Pulpo) Non Os ingresos previstos superan a totalidade dos gastos 2016025515 G36115046 Asociación de Vecinos San Pelayo de Borbén Festa Da Chula Non Documentación fóra de prazo 2016025534 G36164689 Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo Exposición Itinerante "O Sentir dun pobo: Sabucedo e a Rapa das Bestas" Non Non achega a documentación requirida 2016027804 G36633022 Sociedad Desarrollo Ideas Técnicas Minusv. Físicos Turismo Náutico Accesible Non Non achega a documentación requirida 7.24798.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE LALÍN, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “ADQUISICIÓN DE MATERIAL PARA OBRAS DE ACONDICIONAMENTO EN EDIFICIO RÚA MANUEL RIVERO 5, LALÍN”, INCLUÍDO NA LIÑA 1 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Lalín na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 66.127,49 € con destino ó financiamento da actuación “Adquisición de material para obras de acondicionamento en edificio rúa Manuel Rivero 5, Lalín”, cun orzamento polo mesmo importe. Revisada a documentación correspondente, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Asemade certifícase a titularidade municipal do inmoble destino da subministración subvencionada e faise constar a aplicación da Liña1 Investimentos dos importes non utilizados nas outras liñas. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á Liña 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do enxeñeiro xefe e da xefa do Servizo de Cooperación, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 14 de setembro de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder unha subvención ó Concello de Lalín, NIF P3602400H, por importe de 66.127,49 €, para a realización do investimento “Adquisición de material para obras de acondicionamento en edificio rúa Manuel Rivero 5, Lalín” (exp. 2016034190), cun orzamento polo mesmo importe, 66.127,49 €. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o concello deberá posuír todas as autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución do investimento ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. - Darlle traslado do presente acordo ó Concello de Lalín, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 8.24799.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MEAÑO, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “ENSANCHE E PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO RURAL DE QUINTÁNS-IGREXA”, INCLUÍDO NA LIÑA 1 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Meaño na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 166.913,21 € con destino ó financiamento da actuación “Ensanche e pavimentación do camiño rural de Quintáns-Igrexa”, cun orzamento polo mesmo importe. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á liña 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do enxeñeiro xefe e da xefa do Servizo de Cooperación, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 15 de setembro de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder unha subvención ó Concello de Meaño, NIF P3602700A, por importe de 166.913,21 €, para a realización do investimento “Ensanche e pavimentación do camiño rural de Quintáns-Igrexa” (exp. 2016034250), cun orzamento polo mesmo importe, 166.913,21 €. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o concello deberá posuír todas as autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución do investimento ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. - Darlle traslado do presente acordo ó Concello de Meaño, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 9.24800.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DO PORRIÑO, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “APERTURA DE CAMIÑO E SANEAMENTO NO BARRIO DA IGREXA EN PONTELLAS”, INCLUÍDO NA LIÑA 1 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de O Porriño na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 147.700,82 € con destino ó financiamento do investimento “Colector de saneamento en Igrexa. Pontellas” cun orzamento por importe de 147.700,82 €. Na denominación houbo un erro por parte do concello, que foi corrixido con data 12/09/2016, sendo a correcta “Apertura de camiño e saneamento no barrio da Igrexa en Pontellas”. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado,no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do enxeñeiro xefe do Servizo de Cooperación de data 11/04/2016, da xefatura do Servizo de Cooperación de data 14/09/2016 que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 15/09/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de O Porriño, CIF.:P3603900F, a cantidade de 147.700,82 €, con destino ó financiamento do investimento “Apertura de camiño e saneamento no barrio da igrexa en Pontellas” (expdte 2016035095) incluído na liña 1 do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016, cun orzamento por importe de 147.700,82 €. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o Concello deberá posuír todas as autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obra ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento deberá estar xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. - Darlle traslado do presente acordo ó Concello de O Porriño, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 10.24801.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DO PORRIÑO, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “MELLORA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO C.F. ATIOS”, INCLUÍDO NA LIÑA 1 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de O Porriño na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 70.464,91 € con destino ó financiamento do investimento “Rede de saneamento en Mosteiro - Budiño”. En data 24/08/2016 o concello desiste da solicitude anterior xa que non ten a dispoñibilidade dos terreos; e en substitución, formalmente e mediante escrito, que ten entrada no Rexistro da Deputación o 13/09/2016 co núm. 2016094786, solicita que o crédito destinado o investimento anterior se aplique a financiar a nova actuación denominada “Mellora das instalacións deportivas no C.F. Atios” cuxo orzamento ascende a 70.464,90 €. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL) Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 90 da LRXAP- PAC, que establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude, sempre e cando non estea expresamente prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar os seus dereitos. Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado,no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do enxeñeiro xefe do Servizo de Cooperación de data 11/04/2016, da xefatura do Servizo de Cooperación de data 15/09/2016 que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 16/09/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de O Porriño, CIF.:P3603900F, a cantidade de 70.464,90 €, con destino ó financiamento do investimento “Mellora das instalacións deportivas no C.F. Atios” (expdte 2016035516) incluído na liña 1 do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016, cun orzamento por importe de 70.464,90 €. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o Concello deberá posuír todas as autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obra ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento deberá estar xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. - Darlle traslado do presente acordo ó concello de O Porriño, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 11.24802.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE TOMIÑO, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “INSTALACIÓN DE CAFETERÍA E SERVIZOS HIXIÉNICOS NO PARQUE ESPAZO FORTALEZA”, INCLUÍDO NA LIÑA 1 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 03/03/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Tomiño na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 123.000,00 € con destino ó financiamento do investimento “Instalación de cafetería e servizos hixienicos no parque Espazo Fortaleza” cun orzamento por importe de 123.000,00 €. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado,no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do enxeñeiro xefe do servizo de Cooperación de data 12/09/2016, da xefatura do servizo de cooperación de data 13/09/2016 que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 16/09/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Tomiño, CIF.:P3605400E, a cantidade de 123.000,00 €, con destino ó financiamento do investimento “Instalación de cafeteria e servizos hixienicos no parque Espazo Fortaleza” (expdte 2016034994) incluído na liña 1 do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016, cun orzamento por importe de 123.000,00 €. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o Concello deberá posuír todas as autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obra ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento deberá estar xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. - Darlle traslado do presente acordo ó concello de Tomiño, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 12.24803.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA PARA LEVAR A CABO AS OBRAS DE REMATE DO INVESTIMENTO DENOMINADO “REFORMA DA CASA DA CULTURA PARA AUDITORIO E MULTIUSOS” No exercicio das súas respectivas competencias, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vilanova de Arousa, con data 11/06/2014, asinaron un protocolo de colaboración co fin de promover as actuacións necesarias para desenvolver o proxecto “Reforma da Casa da Cultura para auditorio e multiusos”. Entre ditas actuacións prevíase a sinatura dun convenio ó efecto que concretase as actuacións de cada administración. No marco deste protocolo, ambas entidades elaboraron conxuntamente un proxecto de convenio de colaboración para levar a cabo o proxecto “Reforma da Casa da Cultura para auditorio e multiusos”, por un importe total de 1.350.806,19 €. Este convenio foi asinado o 25/08/2014 e tiña unha vixencia inicial ata o 31/12/2015. Non obstante, durante a execución das obras púxose de manifesto a necesidade de prorrogar o prazo de vixencia do convenio por mor das dificultades técnicas existentes, polo que se asinou unha addenda entres as partes para prorrogar ata o 31/08/2016 o prazo de vixencia do convenio. Á vista das dificultades e imprevistos técnicos xurdidos, a Comisión de Coordinación para o seguimento da execución do obxecto do convenio reuniuse para analizar a situación e unha vez que se comprobou a imposibilidade real de finalizar as actuacións antes de que finalizase a data de vixencia do convenio acordou que sería necesario proceder á sinatura dun novo convenio, no que, logo de liquidar as obras e actuacións xa realizadas, se dea cobertura ás novas circunstancias para poder rematar as obras. Nesta Comisión acordouse tamén que sería o Concello quen se encargase da redacción do proxecto e da licitación, adxudicación, execución e xustificación das obras de remate, que por outra parte deberían comprenderse dentro do obxecto subvencionable no novo convenio. En canto ó financiamento, acordouse que a Deputación achegará en forma de subvención o crédito sobrante do convenio inicial. En base ós acordos da dita Comisión de Coordinación redactouse o presente proxecto de convenio e, unha vez recibida a documentación necesaria para a formalización do convenio por parte do Concello de Vilanova de Arousa, de conformidade co disposto no artigo 172 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), o convenio infórmase pola xefa do Servizo de Cooperación. Asemade, o convenio tamén se informa pola Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra. Pola súa banda, solicítase a Intervención Xeral provincial, logo de dar conta dos antecedentes e normativa de aplicación, a fiscalización e conformidade do expediente. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento, aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia (LALGA). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF). Real Decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime local (TRRL). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Competencia: Artigo 25.1 da LRBRL e 80.1 da Lei 5/1997 da LALGA, que dispoñen que o municipio, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, pode promover actividades e prestar os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal, exercendo en todo caso como competencias propias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, as materias de información e promoción da cultura e equipamentos culturais (art. 25.2.m da Lei 7/1985, de 2 de abril). Artigo 31 da LRBRL, que encomenda ás deputacións que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, recolléndose no seu artigo 36 como competencia propia das deputacións a asistencia e cooperación económica ós concellos. Artigo 30.1 do RDL 781/1986, que sinala que a Deputación cooperará na efectividade dos servizos municipais, preferentemente os obrigatorios. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Artigo 172 do ROF, que dispón que o xefe da Dependencia á que corresponda tramitar o expediente deberá emitir un informe, expoñendo os antecedentes e as disposicións legais ou regulamentarias en que funde o seu criterio. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes se estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Procedencia do convenio: Artigo 6 e seguintes da Lei 30/92, que dispón que o convenios de colaboración constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común. Artigo 57 da LRBRL que dispón que a cooperación en servizos locais desenvolverase con carácter voluntario, baixo as formas e nos termos previstos nas leis, podendo ter lugar, en todo caso, mediante convenios administrativos, en conexión co artigo 195.h) da LALGA. Artigo 198 da LALGA, que establece que as entidades locais poderán celebrar convenios de cooperación entre si para a máis eficaz xestión e prestación de servizos da súa competencia. E no 198.2 disponse que a través dos convenios de cooperación as partes poderán coordinar as súas políticas de fomento dirixidas a un mesmo sector e distribuír as subvencións outorgadas por unha delas. E no 198.3 sinalase que, en especial, as Deputacións Provinciais poderán subscribir, cos municipios da provincia, convenios para garantir o acceso da poboación ó conxunto dos servizos municipais. Artigos 199 da LALGA, que en consonancia co artigo 6 da LRXAP sinala as especificacións que deberán conter os instrumentos de formalización dos convenios. Artigo 4.1.c) do Texto refundido da Lei de contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que exclúe do seu ámbito de aplicación os convenios de colaboración que celebre a Administración Xeral do Estado coas entidades xestoras e servizos locais, organismos autónomos e restantes entidades públicas, ou os que subscriban estes organismos e entidades entre si, salvo que, pola súa natureza, teñan a consideración de contratos suxeitos a esa lei. A achega económica da Deputación de Pontevedra ten o carácter dunha subvención, en virtude do disposto no artigo 2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS). O réxime xurídico da subvención, no marco do presente convenio, debe rexerse polas súas cláusulas, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, polo RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da lei xeral de subvencións, pola Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o seu regulamento e a demais normativa vixente que lle resulte de aplicación. Pola súa parte o artigo 22.2 sinala que se poderán conceder, con carácter excepcional, de forma directa subvencións nas que se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública. Neste senso, xustifícase o interese público, social e económico desta actuación en base a razóns competenciais para o fomento da cultura e a construción de equipamentos culturais necesarios para este fin; a enorme repercusión social das actuacións obxecto do convenio, xa que Vilanova é un concello que se mostra como referente cultural polo seu gran número de persoeiros e a súa situación na comarca do Salnés; e a necesidade de apoio financeiro do Concello para desenvolver o proxecto. Asemade, no artigo 28.1 da LXS establécese que a resolución de concesión e, no seu caso, os convenios a través dos cales se canalicen estas subvencións establecerán as condicións e compromisos aplicables de conformidade co disposto nesta lei. Conclusións: De conformidade coas competencias que teñen atribuídas e vista a confluencia de intereses da Deputación e Concello nesta materia, tendo en conta a contribución ó interese xeral, convense a colaboración e actuación conxunta entre ambas administracións. Neste senso os convenios de colaboración constitúen o instrumento idóneo para canalizar esta colaboración. O concello de Vilanova presenta a documentación necesaria para formalizar este convenio. Asemade xustifícanse as razóns de oportunidade para levalo a cabo, acredítanse as razóns de interese público, social e económico deste investimento que xustifican a concesión da subvención e consta no expediente un informe coa valoración económica das actuacións a desenvolver. O obxecto do convenio é a realización das obras necesarias pendentes para o remate do investimento denominado “Reforma da Casa da Cultura para auditorio e multiusos”, sendo subvencionables os gastos asociados a este investimento derivados do convenio anterior. Estímase xustificado o interese público, social e económico desta actuación en base, entre outras, a razóns competenciais en materia de promoción da cultura e equipamentos culturais, á importancia e relevancia da actividade cultural no concello e pola contribución á dinamización social, económica e cultural no concello e a súa contorna, salvo mellor criterio baseado en dereito, e condicionado á emisión dos informes solicitados á Secretaría Xeral e á Intervención Provincial. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes e fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente a tramitación do “Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilanova de Arousa para levar a cabo as obras de remate do investimento denominado “Reforma da casa da cultura para auditorio e multiusos” Réxime competencial: De conformidade co disposto no artigo 10.4 da LXS, que sinala que a competencia para conceder subvencións nas corporacións locais correspóndelle ós órganos que teñan atribuídas tales funcións na lexislación de réxime local, en virtude do establecido nos artigos 33 a 35 da LRBRL, no artigo 185.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei das Facendas Locais, e na base 16ª.2.c) das Bases de Execución do Orzamento provincial, compételle á Xunta de Goberno a autorización e disposición do gasto e en consecuencia a aprobación do convenio. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. En consecuencia, á vista da documentación obrante no expediente e dos informes da xefa do Servizo de Cooperación, da Intervención Provincial e da Secretaría Xeral e de conformidade coas facultades que lle confire a normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o “Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilanova de Arousa para levar a cabo as obras de remate do investimento denominado Reforma da casa da cultura para auditorio e multiusos”. O texto do convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA PARA LEVAR A CABO AS OBRAS DE REMATE DO INVESTIMENTO DENOMINADO “REFORMA DA CASA DA CULTURA PARA AUDITORIO E MULTIUSOS” En Pontevedra, __ de __________ de 2016 REUNIDOS Dunha parte, Dª Mª del Carmen Silva Rego, na súa condición de presidenta da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. Doutra, D. Gonzalo Durán Hermida, alcalde-presidente do Concello de Vilanova de Arousa, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns determinados servizos públicos en función da súa poboación. III.- Que o artigo 36 da Lei 7/1985 e os artigos 109 e 110 da Lei 5/1997 encomendan ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. IV.- Que o réxime xurídico das subvencións, no marco do presente convenio, debe rexerse polas súas cláusulas, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, polo RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, pola Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais normativa vixente que lle resulte de aplicación. V.- Que o concello de Vilanova de Arousa configurase como un referente cultural dentro da comarca do Salnés, que desenvolve unha intensa e crecente actividade cultural. Neste eido, destacan as numerosas asociacións culturais relacionadas coas artes escénicas, así como todas as actividades, congresos, exposicións, xornadas, relacionadas coas figuras de Ramón María del Valle Inclán e Julio Camba. Pese ó anterior o concello carece de infraestruturas que atendan debidamente a demanda do concello neste eido, como auditorio ou centro de exposicións, sendo na actualidade a Casa da Cultura de O Esteiro o único equipamento equiparable a un auditorio. VI.- Que dadas a carencias expostas nesta materia, a Deputación de Pontevedra, consciente do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación e desenvolvemento económico e social lle atribúe a lexislación vixente, asinaron o 11 de xuño de 2014, un protocolo de colaboración con fin de promover as actuacións necesarias para desenvolver o proxecto “Reforma da Casa da Cultura para auditorio e Multiusos”. Entre ditas actuacións prevíase a sinatura dun convenio ó efecto que concretase as actuacións de cada administración. VII.- Que con data de 25/08/2014 foi asinado o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vilanova de Arousa para levar a cabo o proxecto “Reforma da Casa da Cultura para auditorio e multiusos”. De conformidade co previsto na súa cláusula 9ª, o convenio está en vigor desde o día da súa sinatura ata o remate das obras obxecto do convenio e fixa un prazo máximo de execución ata o 31/12/2015. Asemade, a citada cláusula recolle a posibilidade de prorrogar a vixencia do convenio coa conformidade expresa das partes. VIII.- Durante a execución das obras púxose de manifesto a imposibilidade de rematar en prazo a reforma da Casa da Cultura, por mor de causas que non puideron ser previstas no momento de asinar o Convenio de Colaboración. A aparición de imprevistos de carácter técnico fixo necesario a paralización parcial das obras de reforma, mentres se acometen as obras precisas para resolvelos, e asemade provocaron a ralentización da parte das obras non afectadas pola paralización. Estas circunstancias impiden o remate das obras no prazo previsto inicialmente, polo que co fin de darlle continuidade as actuacións iniciadas ao abeiro do antedito convenio, aprobouse unha addenda, asinada o 29/12/2015, prorrogando a finalización do convenio ata o 31/08/2016. Non obstante, por mor das dificultades e imprevistos técnicos xurdidos durante a execución, non é posible darlle cumprimento en prazo á totalidade do obxecto do convenio polo que é necesario proceder á sinatura dun novo convenio que, logo de liquidar as obras e actuacións do convenio anterior xa realizadas, ampare a realización das obras pendentes de execución. IX.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto: O presente convenio ten por obxecto facilitar a necesaria colaboración entre as administracións asinantes para promover as actuacións necesarias para levar a cabo as obras de remate do investimento denominado “Reforma da casa da cultura para auditorio e multiusos”, no lugar de Esteiro, termo municipal de Vilanova de Arousa. Dito proxecto ten por fin acometer a reforma e o acondicionamento da actual Casa da Cultura de O Esteiro a fin da súa modernización e conversión nun Centro Multifuncional dotado de auditorio; e entre outras, a finalización das obras de reforma de accesos, renovación da carpinterías interior e exterior, transformación do actual salón de actos nun auditorio, dotación de sala de audiovisuais, traslado de despachos ou dotación de espazo para a escola de música municipal. As obras de remate definiranse no proxecto que se redacte de conformidade co disposto na cláusula quinta. Segunda.- Importe: O importe que se destinará a financiar o presente convenio ascende a setecentos corenta e cinco mil euros (745.000,00 €), provenientes do sobrante destinado a financiar o anterior convenio asinado o 25/08/2014. Serán financiables con este importe todos os gastos que se deriven das obras a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, segundo o orzamento incluído no proxecto técnico. Non obstante, aqueles saldos que se asocien ou sexan imputables ó convenio asinado o 25/08/2014 faranse efectivos contra a aplicación orzamentaria que contén o financiamento deste convenio e por conseguinte poderán mermar o crédito dispoñible para realizar as actuacións obxecto deste convenio. Neste senso, a maiores do importe sinalado para este convenio, resérvase a cantidade de 12.387,62 € en concepto de gastos previstos asociados ou imputables ó convenio anterior, sen prexuízo de que esta previsión poida resultar escasa e se teña que afrontar o seu pagamento contra a aplicación na que se imputan os gastos obxecto deste convenio no caso de que sexa insuficiente. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha execución deficiente da totalidade do proxecto, a contía da subvención reducirase proporcionalmente, manténdose constante a porcentaxe da axuda con respecto ó custo total do investimento. Dende a data da sinatura do presente convenio a Deputación de Pontevedra porá a disposición do Concello de Vilanova de Arousa todos os acopios efectuados polo contratista adxudicatario da obra licitada conforme ao convenio de 25/08/2014, sen que as cantidades correspondentes a este concepto poidan ser deducidas dos 745.000,00 € achegados pola Deputación en virtude deste convenio. Do mesmo xeito, a Deputación Provincial efectuará as xestións oportunas para realizar a transferencia a favor do Concello de Vilanova de Arousa das garantías prestadas por dito contratista por razón de ditos acopios. Terceira.- Financiamento: Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados pola Deputación de Pontevedra con cargo á aplicación 16/942.9420.762.62.2014 do vixente orzamento provincial. Cuarta.- Incidencias no desenvolvemento da obra. Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación dos proxectos, ou se produza un incremento do seu custo, será financiado integramente polo Concello ou, no seu caso, na proporción que se acorde pola Comisión de Seguimento. Quinta.- Redacción do proxecto, licitación e dirección das obras: A licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico do investimento obxecto deste convenio corresponderalle ó Concello de Vilanova de Arousa, quen tamén se encargará da redacción do proxecto técnico, descritivo das actuacións a levar a cabo, se ben antes da súa aprobación deberá remitilo á Deputación para que o supervise e preste a súa conformidade. A redacción do proxecto terá o carácter de gasto elexible ou subvencionable no marco do presente convenio. A aprobación deste convenio leva consigo tamén a entrega ó Concello de Vilanova de Arousa das obras realizadas ó amparo do anterior convenio asinado o 25/08/2014. Sexta.- Obrigas do Concello: O Concello de Vilanova de Arousa obrígase a: 1) Redactar o correspondente proxecto das obras obxecto deste convenio e entregar o proxecto á Deputación para que dea a súa conformidade. 2) Encargarse da licitación, dirección, execución, control e recepción das obras segundo o proxecto técnico conformado pola Deputación e no marco dos termos recollidos neste convenio. 3) Obter as correspondentes licenzas e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que fosen precisas. 4) Levar a cabo o mantemento da infraestrutura obxecto deste convenio, tendo a asunción da dita responsabilidade desde o día seguinte ó da formalización deste convenio. 5) Comunicarlle á Deputación de forma inmediata, a obtención doutras subvencións ou axudas para a mencionada finalidade procedentes de calquera administración pública ou ente privado nacional ou internacional, con expresión da súa contía. 6) Darlle a adecuada publicidade a este convenio, de tal xeito que quede constancia que a remodelación da infraestrutura se levou a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra, para o que deberá colocarse un cartel anunciador no que conste expresamente o financiamento da Deputación de Pontevedra. 7) Facilitar á Deputación de Pontevedra a documentación que lle sexa esixible de conformidade coa normativa vixente e colaborar nas actuacións de comprobación e inspección das obras necesarias. Sétima.- Xustificación e pagamento da subvención: A xustificación da subvención realizarase, no seu caso, mediante conta a achega da documentación xustificativa da licitación e da adxudicación do/s contrato/s, o/s propio/s contrato/s, os xustificantes de gasto e ou factura/s, as certificacións de obras e/ou demais documentación xustificativa necesaria segundo a normativa aplicable e con arranxo ao previsto neste convenio. O Concello deberá presentar na Deputación a seguinte documentación xustificativa, segundo proceda: - As certificacións de obras aprobadas polo órgano competente. - A certificación do acordo ou resolución de adxudicación do/s contrato/s. - O/s contrato/s. - O proxecto (que debe obrar no expediente con antelación para que a Deputación lle dea a súa conformidade). - O nomeamento do director técnico. - A acta de replanteo, unha certificación sobre a dispoñibilidade dos terreos e unha certificación relativa á aprobación do proxecto (no caso de que non conste no expediente). - A acta de comprobación de replanteo, no caso de que sexa necesaria. - Acordo municipal de aprobación da certificación de obra correspondente. - Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo debidamente aprobados polo órgano competente. - Calquera outra documentación esixible pola normativa vixente para a correcta xustificación deste convenio ou que se considere necesaria para a comprobación da correcta execución do obxecto deste convenio. Coa primeira certificación deberá remitirse a acta de replanteo, a documentación xustificativa da aprobación do proxecto e a documentación xustificativa da licitación e da adxudicación. Asemade, coa primeira e a última certificacións deberá acreditarse que o investimento se financia con fondos provinciais, mediante fotografías ou calquera outra proba gráfica que acredite a difusión. Ó remate da obra e coa última certificación achegarase a correspondente acta de recepción (segundo modelo normalizado que se atopa na páxina web desta Deputación ou modelo propio), que en todo caso se axustará ó disposto nos artigos 52 e 235 do TRLCSP, debendo estar os asinantes debidamente identificados. Na acta de recepción debe figurar a identificación de quen a asina, coa expresión do seu cargo. Deberase acreditar que o Concello non percibiu ningunha subvención doutras entidades para o financiamento do investimento ou, en caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes para a súa execución, indicar o detalle de cada unha delas, certificando que a suma total non supera o 100 % do seu importe. As certificacións de obras serán comprobadas polos servizos de Cooperación, os Servizos técnicos provinciais e Intervención da institución provincial. En todo caso, a Deputación, en virtude das facultades que ten atribuídas, resérvase as facultades de inspección e comprobación das obras. O pagamento da subvención efectuarase previa comprobación por parte da Deputación de que se realizou o gasto para o fin e polo importe subvencionado e, ademais, de que se cumpriu coa finalidade e o obxecto da subvención, emitindo como resultado un informe con carácter previo á proposta de aprobación da xustificación. Así mesmo, poderanse solicitar informes a outros servizos da Deputación competentes en razón da materia. No seu caso, as facturas deberán cumprir as esixencias establecidas na normativa vixente en cada momento, e de modo particular o disposto no Real Decreto 1619/2012, de 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación. Oitava.- Comisión de seguimento e control: Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Seguimento e Control da que forman parte os presidentes, ou persoas en quen deleguen e un funcionario/técnico de cada administración. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Novena.- Vixencia do convenio: O presente convenio entrará en vigor na data da súa firma e terá vixencia ata o trinta e un de agosto de dou mil dezasete e, en todo caso, ata o remate das obras obxecto do convenio. Décima.- Resolución: Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Undécima.- Normativa aplicable: O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, RD 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, e polo RDL 2/2004, do 5 de marzo. Asemade, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e na data sinalados no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra, Polo Concello de Vilanova de Arousa, Mª del Carmen Silva Rego Gonzalo Durán Hermida O secretario da Deputación de Pontevedra, Carlos Cuadrado Romay” Facultar á Presidenta para asinar o convenio. Darlle traslado da presente resolución ó Concello de Vilanova de Arousa, á Intervención, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete da Presidencia. 13.24804.- CONCESIÓN DE PRÉSTAMOS SEN XUROS A DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Ó ABEIRO DA 2ª CONVOCATORIA NO EXERCICIO 2016 A Xunta de Goberno da Deputación na súa sesión ordinaria do día 20 de maio de 2016 (acordo núm. 16.24432) acordou aprobar unha segunda convocatoria para a concesión de préstamos sen xuros a municipios da provincia de Pontevedra no exercicio 2016, con suxeición as bases reguladoras que foron aprobadas pola xunta de goberno provincial na sesión do día 19 de febreiro de 2016 (publicadas e dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 53, de 17 de marzo de 2016 e tamén na páxina web da Deputación), procedéndose a efectuar a pertinente convocatoria. En data 3 de xuño de 2016 publicouse no BOPPO núm. 106 o extracto da convocatoria que fixa un prazo para a presentación de solicitudes de 20 días hábiles dende o seguinte ó da súa publicación. Asemade, promoveuse a difusión da convocatoria a través da páxina web da Deputación. Formalmente e en prazo teñen entrada nas oficinas de correos correspondentes ou no rexistro da Deputación as seguintes peticións, presentadas todas elas no formulario de solicitude (Anexo I) dispoñible na web da Deputación: 1. A nº 908 do Concello de Catoira, por importe de 59.962,93 €, con destino ó financiamento dunha operación de tesourería. 2. A nº 909 do Concello de Cuntis, por importe de 96.938,87 €, con destino ó arranxo de pistas deterioradas polos temporais. 3. A nº 910 do Concello de Vilanova de Arousa, por importe de 200.000,00 €, con destino ó financiamento dunha operación de tesourería. O Concello de Catoira ten contraídos e en vigor os seguintes préstamos: 773/06, 794/07, 829/09 e 897/15. En relación a estes préstamos o Concello de Catoira ten un débeda por unha cota de amortización pendente de pagamento que importa 10.000,00 €, correspondente a 6ª anualidade do préstamo 829/09 con vencemento o día 22 de agosto de 2016. O Concello de Cuntis non ten préstamos contraídos coa Deputación. O Concello de Vilanova de Arousa ten contraídos e en vigor os seguintes préstamos: 771/06 e 835/10. En relación a estes préstamos o Concello ten unha débeda, que importa 42.000,00 €, correspondente a 10ª anualidade do préstamo 771/06 con vencemento o día 18 de agosto de 2016. Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP). - Lei 17/2012, de 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013 (LOXE 2013). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais (ROFRJEL). - Bases de execución do Orzamento Provincial para o ano 2016. - Bases reguladoras da concesión de préstamos sen xuros a concellos da provincia de Pontevedra 2016. Consideracións xurídicas: Instrución do expediente: - Base 7ª das reguladoras da concesión préstamos sen xuros para o exercicio 2016, relativa á documentación que deben achegar os concellos para á válida concesión de préstamos sen xuros. - Base 10ª das reguladoras da concesión préstamos sen xuros para o exercicio 2016, relativa á instrución, comisión de valoración e resolución, que indica que correspóndelle ao Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do vixente Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar esta función. Procedencia do outorgamento: - Carta Europea da Autonomía Local de 15/10/1985 (Instrumento de ratificación 20.01.1988 Lei 522/1989), que no seu artigo 9.8 dispón que para financiar os seus gastos de inversión as entidades locais deben ter garantido ó seu acceso ó mercado de capitais. - Artigo 2.1.f do TRLRFL que recolle entre os recursos das Facendas Locais “o produto das operacións de crédito”. - Artigo 48 do TRLRFL que dispón que as entidades locais, seus organismos autónomos e os entes e sociedades mercantís dependentes poderán concertar operacións de crédito en todas as súas modalidades tanto a corto como a longo prazo, así como operacións financeiras de cobertura de xestión de risco do tipo de xuro e do tipo cambiario, suxeitas en todo caso a un principio de prudencia financeira. - Artigo 50 do TRLRFL que dispón que calquera das modalidades de crédito previstas no citado texto, agás a regulada no artigo 149, requirirá que a entidade dispoña do orzamento aprobado para o exercicio en curso. - Artigo 51 do TRLRFL e Disposición Adicional núm. 73 da LOXE 2013, que dispoñen que para atender necesidades transitorias de tesourería as entidades locais poderán concertar operacións de crédito a curto prazo, que no excedan dun ano, sempre que no seu conxunto no superen o 30% dos ingresos liquidados por operacións correntes no exercicio anterior, salvo que a operación haxa de realizarse no primeiro semestre do ano sen que se haxa producido a liquidación do orzamento de tal exercicio, en cuxo caso se tomará en consideración a liquidación do exercicio anterior a este último. En virtude da D.A. 73 da LOXE 2013, a única limitación temporal é que a súa duración non exceda dun ano natural. - Artigo 52.2 do TRLRFL que dispón que concertación ou modificación de calquera operación de crédito deberá acordarse previo informe da Intervención na que se analizará, especialmente, a capacidade da entidade local para facer fronte, no tempo, ás obrigas que de aquelas se deriven para esta. - Artigo 53 do TRLRFL que regula o réxime xurídico das operacións de crédito a longo prazo dispoñendo, entre outros aspectos, que as entidades locais non poderán concertar novas operacións de crédito a longo prazo cando do estado financeiro que reflicta a liquidación do orzamento, os resultados contables e os resultados da actividade ordinaria do último exercicio se deduza un aforro neto negativo ou un nivel de endebedamento, en relación ós ingresos correntes liquidados, superior o 110%. - Instrución do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que contempla catro finalidades no destino dos préstamos a longo prazo. Estas finalidades son as seguintes: Preferentemente o financiamento de investimentos, pero tamén poderanse solicitar préstamos a longo prazo para a substitución de operacións xa existentes, para levar a cabo o saneamento do remanente de tesourería ou para financiar operacións derivadas da adhesión ó Fondo de Ordenación e o Fondo de Impulso Económico. - DA 14ª do RDL 20/2011 de 30 de marzo, de Medidas Urxentes en Materia Orzamentaria, Tributaria e Financeira para a corrección do déficit público, dotada de vixencia indefinida pola DF 31ª da LOXE 2013, que dispón que as entidades locais que presenten unha débeda viva inferior o 75% dos recursos correntes liquidados non precisaran autorización do órgano que exerce a tutela financeira para a concertación de préstamos a longo prazo. - Artigo 4.1.l) do TRLCSP, que contempla a concertación de operacións de crédito como negocios ou contratos excluídos do ámbito de aplicación deste texto legal. O apartado 2 do citado precepto establece que os contratos excluídos “regularanse polas súas normas especiais aplicándose os principios do TRLCSP para resolver as dúbidas que puidesen presentarse”. - Artigos 185 e 186 do TRLRFL que regulan as competencias en materia de xestión de gasto e ordenamento do pago. - Base 5ª das reguladoras da concesión de préstamos sen xuros para o exercicio 2016 que contempla entre os fins para os cal se poden conceder os préstamos. - Base 6ª das reguladoras da concesión préstamos sen xuros para o exercicio 2016 que dispón que o préstamo non poderá exceder 90% do total solicitado nin os 400.000,00€. Non obstante, o órgano competente para resolver, poderá motivadamente, alterar os límites absolutos e relativos de concesión. Réxime competencial: En virtude das competencias recollidas no artigo 35 da LRBRL, no artigo 185 do TRLRFL, na base 16ª.2 das de execución dos orzamentos provinciais e demais lexislación de aplicación, correspóndelle á Xunta de Goberno a aprobación da concesión destes préstamos. En atención ó exposto, e vistos os informes da xefa do servizo de cooperación, de data 15 de setembro de 2016, que conclúe favorablemente a concesión dos préstamos, da intervención provincial de 16 de setembro de 2016 e vista a proposta de concesión formulada polo órgano colexiado a través da instrutora do procedemento, a cal leva consigo o compromiso de gasto correspondente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Conceder ós concellos solicitantes, que se relacionan de seguido, os préstamos sen xuros salientados cos importes e cos destinos que se especifican: 1. Concello de Catoira (exp. 908/16), por importe de 59.962,93 €, con destino ó financiamento de “Operación de tesourería para afrontar pagos urxentes”. 2. Concello de Cuntis (exp. 909/16), por importe de 96.938,87 e, con destino ó financiamento de “Arranxo de pistas deterioradas polo temporal de 2016”. 3. Concello de Vilanova de Arousa (exp. 910/16), por importe de 200.000,00 €, con destino ó financiamento de “Liña 2: Operación de tesourería”. As peticións dos Concellos de Catoira e Vilanova de Arousa exceden o límite relativo porcentual do 90% que se contempla na base 6ª das reguladoras para a concesión de préstamos sen xuros. A citada base 6ª recolle que o órgano competente para resolver, á vista dos informes técnicos, pode, motivadamente, alterar o límite relativo ou absoluto de concesión. Sirva como motivación que as solicitudes dos concellos de Catoira e Vilanova de Arousa, teñen por obxecto respectivamente, afrontar pagamentos urxentes por servizos prestados e a redución do período medio de pagamento a provedores. Non atender a ditas peticións daría lugar a desequilibrios nas tesourerías municipais que repercutirían en demoras no pagamento de acredores ou provedores e na prestación doutras obrigas esenciais. Así mesmo, tal e como se expón nos antecedentes e se reflicte no informe da intervención, os Concellos de Catoira e Vilanova de Arousa teñen débedas coa Deputación por cotas de amortización vencidas o pasado mes de agosto. Non obstante, ambos concellos asumen o compromiso de pagar, antes do remate do presente exercicio as cotas de amortización pendentes de pagamento. No caso de non facelo ditos importes serán compensados das cantidades que lle poidan corresponden a ditas entidades no vindeiro Plan de Obras e Servizos. O préstamos sen xuros financiaranse contra á aplicación 2016/942.9420.821.20 do vixente Orzamento provincial, na que existe crédito para facer fronte ó gasto. En todo caso, esta concesión queda suxeita ás condicións seguintes: a) Os préstamos sen xuros outórganse para a execución das actuacións salientadas, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmos, salvo que, formal e motivadamente, se solicite antes da finalización do prazo de disposición. b) O pagamento das disposicións do préstamo farase a medida que se xustifique realización das actuacións que se financian con este, aboándose para cada xustificación que se presente a parte proporcional en relación ó custe total da actuación. No caso das operacións a curto prazo, o importe da cantidade a que se contrae o préstamo será librado, total ou parcialmente, contra a presentación dunha relación na que se identifique con claridade o acredor/provedor, o seu NIF, o número da factura, concepto, data de rexistro e a data de aprobación. c) A xustificación axustarase estritamente ó disposto nas Bases Reguladoras da concesión anticipos e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións. O prazo de amortización dos préstamos a longo prazo non pode superar os quince anos a contar desde ó seguinte ó da formalización do contrato; podendo os concellos solicitar un prazo de amortización menor. d) O prazo de amortización dos préstamos a curto prazo con destino ó financiamento de operacións de tesourería será dun ano natural dende da formalización do contrato. e) O resto das obrigas relativas á xustificación e datas reintegro anual destes préstamos concretaranse de xeito pormenorizado nun contrato que será asinado polas partes. 2º.- Facultar a Presidenta da Deputación para a formalización dos contratos dos préstamos salientados mediante a súa sinatura. 14.24805.- MODIFICACIÓN DOS PRÉSTAMOS SEN XUROS CONCEDIDOS NO EXERCICIO 2014 Ó CONCELLO DE O GROVE A Xunta de Goberno da Deputación, na sesión celebrada o día 23 de xaneiro de 2014 (acordo núm. 2.21735), acordou a aprobación das bases reguladoras para a concesión por concorrencia competitiva de anticipos a municipios da provincia de Pontevedra 2014, co obxecto de regular a concesión de préstamos a longo prazo, sen xuros, destinados a financiar os investimentos dos concellos e mancomunidades de municipios que reúnan os requisitos e as condicións establecidos nelas. En data 30 de xaneiro de 2014 publicáronse no BOPPO núm. 30 ditas bases, fixando un prazo para a presentación de solicitudes de 30 días naturais dende o seguinte ó da súa publicación. Asemade, promoveuse a difusión da convocatoria a través da páxina web da Deputación. Ó abeiro da bases referidas supra, a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 1 de agosto de 2014 (acordo núm. 2.22388) acordou a concesión dun préstamos sen xuros a municipios ó Concello de O Grove, NIF.: P3602200B, polos importes e obxectos que se detallan a continuación: Expediente Obxecto Orzamento Importe Préstamo 884/14 Centro de investigación, desenvolvemento e divulgación da carpintería de Ribeira 900.000,00€ 250.000,00€ 885/14 Ximnasios no polideportivo de O Grove 500.000,00€ 150.000,00€ En data 29/07/2016 o Concello de O Grove presenta unha solicitude formal no rexistro da Deputación instando unha modificación do préstamo sen xuros, no sentido de modificar o seu obxecto de “Ximnasios no polideportivo de O Grove” para un novo investimento, “Cuberta pistas pádel e construción de pista pádel”, cun orzamento por 169.399,71€, e sen que altere o importe do préstamo, 150.000,00 €. En data 03/08/2016 o concello presenta outra solicitude formal no rexistro da Deputación (presentado en Correos o 30/07/2016), modificación do préstamo sen xuros con destino a “Centro de investigación, desenvolvemento e divulgación da carpintería de Ribeira”, tamén no sentido de modificar a súa finalidade a “Varias obras”, cun orzamento por 314.971,79 €, e asemade sen alterar o importe do préstamo, 250.000,00 €. Tendo en conta o establecido na base sexta das reguladoras para a concesión de préstamos sen xuros referida ós límites absolutos e relativos que rexen a concesión, ningunha das peticións formuladas excede o límite absoluto fixado en 400.000,00 €. En canto ó límite relativo, a nova solicitude “Varias obras” non excede dito límite, fixado no 80% do custe de actuación. Pola contra, a finalidade “Cuberta pistas pádel e construción de pista pádel”, excede dito límite, acadando a súa petición o 88,55% do custe de actuación. Segundo os informes da intervención municipal achegados, o concello presenta un aforro neto positivo, 11,35% e o seu volume de endebedamento presenta unha porcentaxe de endebedamento do 36,46%; respecto do esforzo fiscal segundo a documentación achegada é de 669,05 €/habitante. Asemade o Concello de O Grove non ten ningún outro préstamo contraído coa Deputación. Normativa Examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP). - Lei 17/2012, de 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013 (LOXE 2013). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais (ROFRJEL). - Bases de execución do Orzamento Provincial para o ano 2016. - Bases reguladoras para a concesión por concorrencia competitiva de anticipos a municipios da provincia de Pontevedra 2014. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base 7ª das reguladoras da concesión de préstamos sen xuros para o exercicio 2014, relativa á documentación que deben achegar os concellos para á válida concesión de préstamos sen xuros. - Base 10ª das reguladoras da concesión de préstamos sen xuros para o exercicio 2014, relativa á instrución, comisión de valoración e resolución, que indica que correspóndelle ao Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do vixente Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar esta función. Procedencia do outorgamento: - Carta Europea da Autonomía Local de 15/10/1985 (Instrumento de ratificación 20.01.1988 Lei 522/1989), que no seu artigo 9.8 dispón que para financiar os seus gastos de inversión as entidades locais deben ter garantido ó seu acceso ó mercado de capitais. - Artigo 2.1.f do TRLRFL que recolle entre os recursos das Facendas Locais “o produto das operacións de crédito”. - Artigo 48 do TRLRFL que dispón que as entidades locais, seus organismos autónomos e os entes e sociedades mercantís dependentes poderán concertar operacións de crédito en todas as súas modalidades tanto a corto como a longo prazo, así como operacións financeiras de cobertura de xestión de risco do tipo de xuro e do tipo cambiario, suxeitas en todo caso a un principio de prudencia financeira. - Artigo 50 do TRLRFL que dispón que calquera das modalidades de crédito previstas no citado texto, agás a regulada no artigo 149, requirirá que a entidade dispoña do orzamento aprobado para o exercicio en curso. - Artigo 51 do TRLRFL e Disposición Adicional núm. 73 da LOXE 2013, que dispoñen que para atender necesidades transitorias de tesourería as entidades locais poderán concertar operacións de crédito a curto prazo, que no excedan dun ano, sempre que no seu conxunto no superen o 30% dos ingresos liquidados por operacións correntes no exercicio anterior, salvo que a operación haxa de realizarse no primeiro semestre do ano sen que se haxa producido a liquidación do orzamento de tal exercicio, en cuxo caso se tomará en consideración a liquidación do exercicio anterior a este último. En virtude da D.A. 73 da LOXE 2013, a única limitación temporal é que a súa duración non exceda dun ano natural. - Artigo 52.2 do TRLRFL que dispón que concertación ou modificación de calquera operación de crédito deberá acordarse previo informe da Intervención na que se analizará, especialmente, a capacidade da entidade local para facer fronte, no tempo, ás obrigas que de aquelas se deriven para esta. - Artigo 53 do TRLRFL que regula o réxime xurídico das operacións de crédito a longo prazo dispoñendo, entre outros aspectos, que as entidades locais non poderán concertar novas operacións de crédito a longo prazo cando do estado financeiro que reflicta a liquidación do orzamento, os resultados contables e os resultados da actividade ordinaria do último exercicio se deduza un aforro neto negativo ou un nivel de endebedamento, en relación ós ingresos correntes liquidados, superior ó 110%. - Instrución do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que contempla catro finalidades no destino dos préstamos a longo prazo. Estas finalidades son as seguintes: Preferentemente o financiamento de investimentos, pero tamén poderanse solicitar préstamos a longo prazo para a substitución de operacións xa existentes, para levar a cabo o saneamento do remanente de tesourería ou para financiar operacións derivadas da adhesión ó Fondo de Ordenación e o Fondo de Impulso Económico. - DA 14ª do RDL 20/2011 de 30 de marzo, de Medidas Urxentes en Materia Orzamentaria, Tributaria e Financeira para a corrección do déficit público, dotada de vixencia indefinida pola DF 31ª da LOXE 2013, que dispón que se as entidades locais presentan unha débeda viva inferior o 75% dos recursos correntes liquidados para a concertación de préstamos a longo prazo non se precisa autorización do órgano que exerce a tutela financeira. - Artigo 4.1.l) do TRLCSP, que contempla a concertación de operacións de crédito como negocios ou contratos excluídos do ámbito de aplicación deste texto legal. O apartado 2 do citado precepto establece que os contratos excluídos “regularanse polas súas normas especiais aplicándose os principios do TRLCSP para resolver as dúbidas que puidesen presentarse”. - Artigos 185 e 186 do TRLRFL que regulan as competencias en materia de xestión de gasto e ordenamento do pago. - Base 3ª das reguladoras da concesión de préstamos sen xuros para o exercicio 2014 que recolle coma unha das condicións para poder ser beneficiario de préstamos sen xuros nas modalidades a longo e curto prazo a de non ter pendentes de pagamento cotas de amortización de préstamos contraídos coa Deputación ou a comisión de formalización dalgún préstamo xa concedido. - Base 5ª das reguladoras da concesión de préstamos sen xuros para o exercicio 2014 que contempla entre os fins para os cal se poden conceder os préstamos. - Base 6ª das reguladoras da concesión préstamos sen xuros para o exercicio 2014 que dispón que o préstamo non poderá exceder 80% do total solicitado nin os 400.000,00 euros. Non obstante, o órgano competente para resolver, poderá motivadamente, alterar os límites absolutos e relativos de concesión. - Base 11ª das reguladoras da concesión de préstamos sen xuros para o exercicio 2014, que tasa as circunstancias excepcionais que habilitan a modificación do contido dos acordos de concesión de préstamos sen xuros. De acordo con todo o sinalado, no exercicio das competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos o informe da xefa do servizo de cooperación de data 16 de setembro de 2016 que conclúe favorablemente a modificación da concesión dos préstamos sen xuros, e da intervención provincial de 19 de setembro de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Aprobar a modificación da concesión de préstamos sen xuros segundo acordo núm. 2.22388 da Xunta de Goberno do día 1 de agosto de 2014, ó Concello de O Grove NIF.:P3602200B, no sentido de substituír as finalidades propostas segundo o detalle que se expón a continuación, mantendo invariables os importes dos préstamos: Expediente Obxecto Inicial Novo Obxecto Importe Préstamo 884/14 Centro de investigación, desenvolvemento e divulgación da carpintería de Ribeira Varias obras 250.000,00€ 885/14 Ximnasios no polideportivo de O Grove Cuberta pistas pádel e construción de pista pádel 150.000,00€ A petición relativa a “Cuberta pistas pádel e construción de pista pádel” (exp.:885/14) exceden o límite relativo porcentual do 80% que se contempla na base 6ª das reguladoras para a concesión de préstamos sen xuros. A citada base 6ª recolle que a Xunta de Goberno pode, motivadamente, alterar o límite relativo ou absoluto de concesión. Sirva como motivación o carácter prioritario que ten o novo obxecto, que responde ás necesidades en materia de promoción do deporte e instalacións deportivas, permitindo non só a súa ampliación senón o seu uso durante todo o ano. Asemade á vista do eminente carácter turístico que ten o concello, cabe resaltar o impacto que supón na promoción da actividade turística de interese local. Estes anticipos financiaranse contra á aplicación 2016/942.942.821.20.2014 do vixente Orzamento provincial, na que existe crédito para facer fronte ó gasto. En todo caso, esta concesión queda suxeita ás condicións seguintes: a) Os préstamos sen xuros outórganse para a execución das actuacións salientadas, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmos. b) O pagamento das disposicións do préstamo farase a medida que se xustifique realización das actuacións que se financian con este, aboándose para cada xustificación que se presente a parte proporcional en relación ó custe total da actuación. c) A xustificación axustarase estritamente ó disposto nas Bases Reguladoras da concesión anticipos e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións. Non procederá o libramento das disposicións nin a formalización dos contratos se os Concellos teñen cotas de amortización pendentes de pago coa Deputación. d) O prazo de amortización dos préstamos a longo prazo non pode superar os quince anos a contar desde ó seguinte ó da formalización do contrato; podendo o concello solicitar un prazo de amortización menor. e) O resto das obrigas relativas á xustificación e datas reintegro anual destes préstamos concretaranse de xeito pormenorizado nun contrato que será asinado polas partes. 2º.- Facultar a Presidenta da Deputación para a formalización dos contratos dos préstamos salientados mediante a súa sinatura. 15.24806.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL Nº2016016992 DE FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016, POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE PORTAS De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral en Deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2016 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a seguinte Resolución Presidencial: - Por Resolución Presidencial nº 2016016992 de data 13 de setembro de 2016, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Raquel Besada Durán no Concello de Portas con efectos do 14 de setembro de 2016. 16.24807.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL Nº2016017083 DE FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016, POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE GONDOMAR De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral en Deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2016 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a seguinte Resolución Presidencial: - Por Resolución Presidencial nº 2016017083 de data 7 de setembro de 2016, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Paula Méndez Casais no Concello de Gondomar con efectos do 13 de setembro de 2016. 17.24808.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 5.24572 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 01/07/2016, RELATIVO Á “MODIFICACIÓN DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA «PONTE RÍO DEVA, ROTONDA ENLACE E.P. 5002 – E.P. 5103, PONTE DAS ACHAS-ACHAS (A CAÑIZA)»” (Expte. 2014009013) Resultando.- Que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria celebrada o día 01/07/2016, acordou aprobar o proxecto modificado da obra “Ponte do Río Deva, rotonda enlace E.P. 5002- E.P. 5102 Ponte das Achas-Achas (A Cañiza)”, por un importe de 453.048,61 €, IVE incluído. Resultando.- Que con data 08/09/2016 recibiuse no Servizo de Contratación informe da Xefa do Servizo de Fiscalización, onde pon de manifesto o seguinte: “... En relación co acordo nº 5.24572 adoptado pola Xunta de Goberno (...) Detectado erro no coeficiente de adxudicación aplicado ao proxecto modificado da obra “Ponte do río Deva, rotonda enlace E.P. 5002-E.P. 5102 Ponte das Achas-Achas (A Cañiza)”, procede a rectificación do devandito acordo, no sentido de que o importe total do proxecto modificado ascende a 453.174,75 € (IVE incluído), o que supón un incremento sobre o proxecto inicial de 18.551,66 € (IVE incluído), e a garantía que corresponde achegar á empresa adxudicataria ascende á cantidade de 766,60 €.” Considerando.- Que o citado erro produciuse ó cometer unha serie de erros aritméticos ó aplicar o coeficiente de adxudicación ó orzamento do proxecto modificado. Considerando.- Que o artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común establece que: “Las Administraciones públicas podrán, asimismo, rectificar en cualquier momento, de oficio o a instancia de los interesados, los errores materiales, de hecho o aritméticos existentes en sus actos..” Considerando.- Que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de obras, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para a contratación de obras que, sendo competencia da presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o devandito acordo no seguinte sentido: Onde di: - “...Autorizar un incremento do custo da obra “Ponte do río Deva, rotonda enlace E.P. 5002-E.P. 5102 Ponte das Achas-Achas (A Cañiza)”, sobre orzamento de adxudicación de 18.546,52 € (IVE incluído)...” - “...Aprobar o proxecto modificado da obra “Ponte do río Deva, rotonda enlace E.P. 5002-E.P. 5102 Ponte das Achas-Achas (A Cañiza)” por importe de 453.048,61 € (IVE incluído)...” - A empresa Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L. (CIF: B-15849722) deberá reaxustar a garantía constituída na parte proporcional á modificación, achegando a cantidade de 766,38 €...” Debe dicir: - “...Autorizar un incremento do custo da obra “Ponte do río Deva, rotonda enlace E.P. 5002-E.P. 5102 Ponte das Achas-Achas (A Cañiza)”, sobre orzamento de adxudicación de 18.551,66 € (IVE incluído)...” - “...Aprobar o proxecto modificado da obra “Ponte do río Deva, rotonda enlace E.P. 5002-E.P. 5102 Ponte das Achas-Achas (A Cañiza)” por importe de 453.174,75 € (IVE incluído)...” - A empresa Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L. (CIF: B-15849722) deberá reaxustar a garantía constituída na parte proporcional á modificación, achegando a cantidade de 766,60 €...” 18.24809.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº14.24696 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 04/08/2016, RELATIVO Á “DISTRIBUCIÓN, ASIGNACIÓN E DETERMINACIÓN DAS BOLSAS A CONVOCAR DENTRO DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2016 EN EMPRESAS PRIVADAS, CORPORACIÓNS SECTORIAIS E ORGANIZACIÓNS NON GOBERNAMENTAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” Conforme o establecido no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a rectificación do Acordo adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial con número nº 14.24696 de distribución, asignación e determinación das bolsas a convocar dentro do Plan de práctica laboral da deputación de Pontevedra 2016 en empresas privadas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra, no que respecta ó concello onde está localizado o centro de traballo é con respecto á razón social, dalgunhas empresas quedando tal e como se detalla nos seguintes cadros: En canto as localidades as seguintes; Nº CIF Razón social Titulación Asignada Concello Nº bolsas concedidas Proxecto de práctica Empregabilidade Total 13 B94034147 Afyt Asesores SL Ciclo superior en administración e finanzas Pontecesures 1 3,5 1 5,7 18 B36406072 Alimentos Campogal, SL Ciclo superior en administración e finanzas Cambados 1 5 1 6,8 32 B36760759 Areeira S.L. Grao en enxeñería de edificación/arquitectura técnica Nigrán 1 5 2 8,8 35 B36390979 Artes Graficas Baroga S.L Ciclo superior en deseño e xestión da produción gráfica Bueu 1 5 1 7,4 40 B36027746 Asesores Técnicos Mercantiles, S.L. Diplomatura/grao en relacións laborais/relacións laborais e recursos humanos Vilagarcía de Arousa 1 5 1 7 74 B27757319 Centro Medico Sans, S.L. Diplomatura/grao en enfermería Vigo 1 5 1 7,6 108 B94054137 Eduvía Xestión, Cultura E Lecer, S.L. Diplomatura/grao en educación social Lalín 1 4,75 1 6,55 147 B36593697 Grupo Acode Educa, S.L. Licenciatura en psicopedagoxía Ourense 1 4,75 2 7,15 167 B27796531 Initios Desarrollos S.L Enxeñería técnica en informática de sistemas/enxeñería informática/grao en enxeñería informática Vigo 1 4,75 1 6,55 218 B36519031 Materiales Eléctricos Disgetec, SL Licenciatura/grao en administración e dirección de empresas Marín 1 4,5 1 5,9 222 A36362630 Mca Telecom, SA Enxeñería técnica de telecomunicación/grao en enxeñería de tecnoloxía de telecomunicación/enxeñería de telecomunicación Marín 1 4,25 1 5,65 223 B36807006 Mecanizados Castro Galicia, S.L. Enxeñería industrial, orientación en organización industrial/ grao en enxeñería en organización industrial Porriño, O 1 3,5 1 5,9 226 B36398089 Mepronor SLU Enxeñería técnica industrial en mecánica/enxeñería industrial, orientación en mecánica/grao en enxeñería mecánica Tui 1 5 1 7,4 240 B36982312 Navuxil S.L. Mestre, especialidade en educación infantil/grao en educación infantil Porriño, O 1 2,85 2 6,45 241 B36109916 Neumaticos Hermanos Santorum, S.L. Ciclo superior en automoción Cambados 1 4,5 1 5,9 262 B36193050 Panaderia de Cambados S.L. Ciclo superior en administración e finanzas Ribadumia 1 5 1 6,6 283 B36122166 Promociones Ezequiel Massoni, SL Enxeñería técnica industrial en electricidade/grao en enxeñería eléctrica Marín 1 4 1 5,4 297 35555518W Rene Lorenzo Taboas (Talleres Rs Motor) Ciclo superior en automocion O Porriño 1 4,5 1 6,1 300 B27784982 Renueva Val Miñor S.L. Enxeñería técnica en informática de xestión/enxeñería informática/grao en enxeñería informática Nigrán 1 3,05 1 5,45 342 B27815828 Toolmaker, S.L. Ciclo superior en marketing e publicidade Nigrán 1 3,75 1 5,35 Polo que respecta á razón social as seguintes: Nº CIF Razón Social Titulación Asignada Concello Nº Bolsas Concedidas Proxecto de Práctica Empregabilidade Total 5 E94141801 Academos C.B. Mestre, especialidade en educación primaria/ grao en educación primaria Meis 1 4,5 1 6,1 12 B27702091 Affix Asesores Tributarios S.L. Ciclo superior en administración e finanzas Porriño, O 1 4,25 1 5,65 104 B94141892 Dysa Marin S.L. Ciclo superior en axencias de viaxes e xestión de eventos Marín 1 5 1 6,6 127 B27742857 Formalización y Normalización Ciclo superior en administración e finanzas Pontevedra 1 3,75 2 5,75 191 B94017894 Kaeme Consultoría y Prevención , S.L. Ciclo superior en administración e finanzas Vilagarcía de Arousa 1 2,95 2 5,55 19.24810.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 20.24811.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota