Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2017-02-03_Ordinaria. Acta de sesión 2017/02/03_Ordinaria
Acta de sesión 2017/02/03_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.841/1.2017-02-03_Ordinaria
Título Acta de sesión 2017/02/03_Ordinaria
Data(s) 20172017-02-03 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día tres de febreiro do ano dous mil dezasete, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Vicepresidente D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, xustificando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.25159.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das sesións ordinarias dos días 23 e 27 de xaneiro de 2017, respectivamente. 2.25160.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA A DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, DIRIXIDAS ÓS CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2017 A Deputación de Pontevedra, a proposta do Servizo de Cultura e Lingua, establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a dinamización lingüística, dirixidas ós concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra, ano 2017, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría así como informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de subvencións para a dinamización lingüística, dirixidas ós concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra, ano 2017. Ditas bases son como seguen: “BASES DE SUBVENCIÓNS PARA A DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, DIRIXIDAS AOS CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2017 No Estatuto de Autonomía de Galicia, en consonancia coa Constitución española, establécese, no seu artigo 5, que “A lingua propia de Galicia é o galego” e “os poderes públicos de Galicia garantirán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento”. Na Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística, concrétase, no seu artigo 2, que “Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal do galego e do castelán, linguas oficiais da Comunidade Autónoma galega”. Tamén, no seu artigo 4.1, establécese que “O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da comunidade autónoma, da súa Administración local e das entidades públicas dependentes da comunidade autónoma”. Na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, disponse, no seu artigo 7.1, que “o galego, como lingua propia de Galicia, é tamén da súa Administración local”. A Deputación de Pontevedra pretende consolidar o uso do galego como principal lingua de traballo e comunicación nos concellos da provincia e cos seus administrados e administradas. A institución provincial constitúe unha importante vía de dinamización lingüística xa que realiza a súa actuación pública a través dos concellos da provincia e directamente coa cidadanía. A dinamización lingüística enténdese como o proceso de promoción da lingua galega, que se leva a cabo mediante accións ou actividades (sensibilización lingüística, formación, etc.), polo que a través desta convocatoria se pretende incrementar o uso da lingua galega en toda a sociedade e, neste caso, en particular na provincia de Pontevedra. 1. Obxecto: A Deputación convoca axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a: a. Creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística. b. Promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega en concellos ou entidades locais menores da provincia que non soliciten para o servizo de normalización lingüística. A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017, convocándose con cargo á aplicación 17/330.3260.462.04 do Orzamento provincial para o ano 2017 por un importe total de 200.000,00 €, para aquelas actividades que se desenvolvan entre dito período. 2. Beneficiarios: Poderán solicitar estas subvencións os concellos, as agrupacións de concellos ou as entidades locais menores da provincia de Pontevedra, ata un máximo de 50.000 habitantes, que conten cun servizo de normalización lingüística, que pretendan crealo ou que, carecendo del, realicen programas de dinamización da lingua galega. 3. Solicitudes e documentación: Os concellos e entidades interesadas poderán presentar unha única solicitude ao abeiro desta convocatoria. No caso das agrupacións de concellos, as entidades que se agrupan non poderán presentar solicitudes individualmente. Por cada solicitude que realicen deberán presentar os expedientes completos. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo, no Servizo de Cultura e Lingua ou na páxina web www.depo.gal, achegando ademais a seguinte documentación: a) Declaración do tipo de solicitude que especifique: - Creación do servizo de normalización lingüística. - Mantemento do servizo de normalización lingüística xa existente. - Promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega. b) Memoria explicativa, segundo o caso: do servizo de normalización lingüística na que se indique o persoal que o desenvolve así como o seu perfil técnico (titulación), asinada polo solicitante. dos programas de dinamización da lingua, previstos para o ano 2017, asinada polo solicitante. Neste caso deberán presentar unha proposta, dende a Concellería correspondente ou dende o departamento de Normalización Lingüística, detallada, que contemple as actuacións e as accións transversais para o ano 2017 en cada unha das áreas de goberno e que actúe, cando menos, en tres dos seguintes eidos, de cara a reforzar a presenza do galego nos mesmos: • Ensino, primando a colaboración cos Servizos de Normalización dos centros educativos. • Comercio e industria, promovendo o uso do galego nas actividades comerciais ou industriais. • Tecnoloxías da información e da comunicación, primando a consecución do dominio .gal. No caso dos soportes tradicionais deberá incluírse ademais da edición do 100% en lingua galega, cuestións relativas á lingua como poden ser a toponimia ou a sociolingüística. • Turismo, destinadas á promoción turística a nivel galego, nacional e internacional poñendo de relevo a relación cos países da lusofonía. • Premios e distincións dende os concellos, á labor de fomento do galego entre persoas e colectivos veciñais, deportivos, culturais e/ou ambientalistas. Apoio á creación en lingua galega, primando os eidos onde estea menos presente. • Urbanismo e medio natural: adecuación e adaptación da sinalización á toponimia oficial de elementos urbanos e naturais. • Benestar social e igualdade: accións encamiñadas á dinamización do galego en colectivos como a mocidade, os maiores e/ou as mulleres, así como aqueles que se atopen en risco de exclusión social. c) Orzamento de gastos, total e desagregado (incluíndo as cantidades, os prezos unitarios e o IVE detallado) previsto para a realización das accións para as que se solicita a axuda, asinado polo solicitante. d) Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade obxecto de subvención. e) Certificación orixinal dos datos bancarios ou copia cotexada co nome da entidade peticionaria. f) As agrupacións de concellos que se constitúan para a creación ou mantemento en común deste servizo presentarán: - Acordo de solicitude da agrupación de concellos. - nomeamento dunha persoa como representante legal para estes efectos. - Declaración de que concello vai recibir o importe da axuda e de que deberá presentar a documentación para o pagamento e xustificación. Se a solicitude non reúne os datos esixidos na convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPACAP), requiriráselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 68 da citada lei, para que nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicándolle que, no caso de non o facer, terase por desistido da súa solicitude, arquivándose sen máis trámites. 4. Lugar e prazo de presentación: Estas bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e con posterioridade remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto, sen prexuízo da súa inserción na páxina www.depo.gal e no taboleiro de anuncios. O prazo para a presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e rematará o 31 de marzo de 2017. Entregaranse no Rexistro xeral da institución provincial: o Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a venres). o Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres). o Ou a través de calquera das formas previstas no art. 16.4 da LPACAP. A presentación da solicitude implicará que se autoriza á Deputación para o tratamento automatizado de todos os datos contidos nela. As solicitudes presentadas fóra do prazo anteriormente establecido non serán admitidas nesta convocatoria. 5. Concesión: As axudas económicas obxecto desta convocatoria destinaranse a financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística municipais ou a realización de programas de dinamización da lingua galega. No caso dos servizos de normalización, os concellos ou, no seu caso, o concello representante dunha agrupación de concellos, serán os encargados de pagar directamente as súas nóminas e a Seguridade Social. A Deputación achegará a cada concello, agrupación de concellos ou entidade local menor solicitante un 75% do orzamento de gastos do servizo de normalización lingüística, ata un máximo de dez mil euros (10.000€). No caso das axudas para a promoción e dinamización do galego a institución provincial achegará un 75% do orzamento de gastos ata un máximo de oito mil euros (8.000 €). En ambos os casos o organismo provincial contribuirá con estas porcentaxes e cantidades máximas, suxeitas, en todo caso, á dispoñibilidade orzamentaria. A concesión destas subvencións é compatible con outras que se reciban para o mesmo fin, tendo en conta que o conxunto de todas elas en ningún caso poderá superar o 100 % do custo da actividade ou investimento que desenvolva o beneficiario. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente. A resolución do procedemento notificaráselles aos interesados conforme ao previsto no artigo 40 da LPACAP. 6. Xustificación: Os beneficiarios da subvención, logo de concedida esta, quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal se concederon, de acordo co proxecto achegado na solicitude. Unha vez notificada a aprobación das subvencións concedidas e realizada a actividade os beneficiarios deberán xustificalas antes do 15 de febreiro de 2018. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a) As subvencións concedidas para a creación ou mantemento do servizo de normalización lingüística: - Certificación expedida polo secretario ou interventor do concello ou entidade local dos pagamentos realizados ao persoal técnico de normalización lingüística entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017, que indicará para cada membro do persoal e mes o importe bruto da nómina e o importe da Seguridade Social con cargo á entidade local. - Memoria da realización da actividade e do cumprimento da finalidade da subvención. b) As subvencións concedidas para a promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega en concellos, agrupacións de concellos ou entidades locais menores da provincia, que non soliciten para o servizo de normalización lingüística: - Memoria da realización da actividade e do cumprimento da finalidade da subvención especificando a transversalidade das mesmas e a súa visualización por parte da sociedade. - Orixinais ou copias cotexadas de facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando en cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e mais o custo total de cada unidade. - Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, que reflicta que os gastos que figuran na antedita conta xustificativa son reais e que se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. - Os gastos xustificados deberán axustarse no posible aos conceptos incluídos no orzamento inicial, sen que se aboe máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. - Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da institución provincial da actividade subvencionada, mediante soportes publicitarios, físicos ou telemáticos incluíndo o logo da Deputación de Pontevedra – Ano do Patrimonio. 7. Pagamento: Para pagar a subvención terase en conta o seguinte: - No caso de que se xustifiquen gastos polo 100 % do orzamento subvencionado aboarase a totalidade da subvención. - No caso de que se xustifiquen gastos inferiores ao 100 % aboarase a parte proporcional da subvención. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. 8. Incumprimento: Logo de vencido o prazo de xustificación sinalado na base sétima sen que a entidade beneficiaria presentase a documentación xustificativa, o Servizo de Cultura e Lingua requiriralle para que a presente no prazo improrrogable de quince días. A falta de presentación da documentación neste prazo suporá a perda da subvención e demais responsabilidades previstas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS). 9. Devolución e reintegro: As subvencións concedidas deberán ser devoltas ou reintegradas nos seguintes casos: a. Por obtelas falseando as condicións requiridas. b. Por non aplicalas aos fins para os que foron concedidas. c. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. 10. Órgano de aprobación: De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do Orzamento para o ano 2017 e cumprindo o establecido no artigo 18 da LXS o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 11. Recursos Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou no prazo dun mes, entendéndose como desestimado se transcorre este período de tempo sen contestar; neste caso poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, como se prevé no artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Igualmente, contra esta resolución tamén poderá interpoñerse directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo indicado. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entenda como desestimado.” 3.25161.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “DEPO EN MARCHA 2017” A Deputación de Pontevedra, convoca para o ano 2017, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, o programa “DEPO EN MARCHA”, que ten por finalidade favorecer o envellecemento activo, a través de distintos obradoiros, optimizando as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra, establecendo relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que mellores o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia para evitar o illamento e situacións de soidade. Resultando que con data 16 de xaneiro de 2017, o Sr. Secretario informa favorablemente as bases reguladoras do programa “DEPO EN MARCHA 2017”. Resultando que con data 20 de xaneiros de 2017, a xefa do Servizo de Fiscalización emite informe favorable sobre a tramitación do expediente para a aprobación das citadas bases, deixando constancia de que a aplicación orzamentaria proposta 17/231.2311.227.07, considérase correcta, e conta co crédito por importe de 120.000,00 € para este fin. Considerando que o órgano competente para aprobación das bases reguladoras do programa “DEPO EN MARCHA 2017”, é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado nas bases de execución do Orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases reguladoras do Programa “DEPO EN MARCHA 2017”. Ditas bases son como seguen: “BASES DO PROGRAMA “DEPO EN MARCHA 2017” O artigo 2 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, define os servizos sociais como un conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos marcados nesta lei. A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha a segunda edición do programa “Depo en marcha” para o ano 2017, de acordo coas seguintes BASES Primeira. Obxecto: Constitúe o obxecto destas bases a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación do programa “Depo en marcha” 2017, que ten por finalidade favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia de Pontevedra a través de distintos obradoiros que axuden a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a súa calidade de vida; establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico; potenciar movementos de participación e de cooperación social; promover espazos de encontro e intercambio de experiencias e favorecer a súa independencia para evitar o illamento e situacións de soidade. A institución provincial convoca este programa no marco do benestar social e de actividades de ocio e de tempo libre dirixido ás entidades de persoas maiores, xubiladas e pensionistas, ofrecendo inicialmente un total de 100 obradoiros, que poderán verse incrementados en función do prezo da adxudicación por obradoiro resultante do proceso de licitación que se convoque. Segunda. Entidades beneficiarias: 2.1. Poderán ser beneficiarias do programa as entidades de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia de Pontevedra que cumpran algún dos seguintes requisitos: 1) Asociacións, federacións ou confederacións e fundacións que figuren no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) como entidades de iniciativa social dentro da área de maiores da provincia de Pontevedra. 2) As entidades que figuren no Rexistro Xeral de Asociacións, recollidas dentro da provincia de Pontevedra e clasificadas na categoría tipo: terceira idade–pensionistas–xubilados. 3) Asociacións de persoas maiores, pensionistas, prexubiladas e xubiladas, non recollidas nas anteriores. 4) Entidades que, sen estaren rexistradas nas categorías anteriores, xustifiquen o seu labor no eido das persoas maiores. 2.2. Todas as solicitudes presentadas por entidades de mulleres ou outras entidades que realicen actividades no eido da muller (independentemente das súas vogalías) quedarán excluídas desta convocatoria por existir unha específica do Servizo de Igualdade. 2.3. As persoas maiores que sexan socias das entidades adxudicatarias terán preferencia na inscrición nos obradoiros. 2.4. Poderán beneficiarse do programa, e polo tanto participar nos obradoiros, persoas non socias destas entidades sempre que existan prazas vacantes de acordo co procedemento establecido nestas bases. 2.5. As entidades solicitantes consenten, ao solicitar este programa, que os datos deste expediente queden incorporados aos ficheiros informáticos da institución provincial. Os datos persoais recollidos serán incorporados e tratados en ficheiros coa finalidade de conter os datos das entidades que participan nos programas financiados pola Deputación, inscritos na Axencia Española de Protección de Datos, e poderán ser incluídos na páxina web. Terceira. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 3.1. As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, en calquera das súas oficinas de rexistro e no Rexistro electrónico sede.depo.es, de conformidade co establecido no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). En caso de realizarse o envío por correo postal (ao Rexistro da institución provincial), este deberá ser certificado co selo de Correos no formulario da solicitude para garantir que a data de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria. 3.2. As solicitudes remitidas por correo que non cumpran este requisito teranse por presentadas para todos os efectos no mesmo día en que teñan entrada no Rexistro da Deputación, independentemente da data de presentación na oficina de Correos. Cando a solicitude se remita por correo postal deberase enviar con anterioridade ao seguinte correo electrónico: cohesionsocialexuventude@depo.es. 3.3. As bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e, posteriormente, remitirase a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado do seu extracto ao BOPPO, sen prexuízo da súa inserción na páxina www.depo.es e no taboleiro de anuncios. 3.4. O prazo para a presentación de solicitudes empezará o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e rematará en 20 días naturais. Se o último día do prazo coincidise en festivo este prorrogarase ata o seguinte día hábil. Cuarta. Documentación 4.1. As solicitudes deberán formalizarse seguindo o modelo que se facilitará no Rexistro xeral da Deputación, no da súa oficina de Vigo e na páxina www.depo.es. 4.2. A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación: - Copia do CIF da entidade. - Copia do DNI da presidenta ou presidente. - Certificado da acreditación do cargo ou copia da acta de constitución da Xunta Directiva. - Memoria xustificativa das actividades e do labor levado a cabo no ámbito das persoas maiores (só necesaria para aquelas entidades integradas no punto 4 da base segunda, sobre persoas beneficiarias). De acordo co establecido no artigo 68.1 da LPACAP, se a solicitude estivese indebidamente cuberta ou se non se achegase a documentación esixida, requiriráselle por escrito á entidade interesada que, nun prazo máximo e improrrogable de dez (10) días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos coa advertencia de que, se non o fixer, a súa petición considerarase desistida. Quinta. Condicións do programa 5.1. Este programa está dirixido principalmente á terceira idade, polo que, para a súa realización, a entidade solicitante deberá acreditar antes do inicio de cada obradoiro que o 70 % do alumnado ten 50 anos ou máis no momento da inscrición. No caso contrario, o obradoiro non se poderá iniciar. 5.2. Só poderá concederse un obradoiro por entidade. 5.3. Cada obradoiro terá un custo de seis euros (6,00 €) por participante, que deberán de ser aboados do xeito establecido na base sétima. 5.4. Os obradoiros terán unha duración de 30 horas e impartiranse en xornadas de entre unha e tres horas á semana. A entidade solicitante poderá escoller que teña lugar un ou varios días á semana ata cumprir o número de horas. En caso de querer modificar as horas semanais ou de non alcanzarse o número mínimo de participantes a entidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación para procurar outras opcións antes de anular a actividade formativa. 5.5. O número máximo de prazas virá determinado pola especialidade do obradoiro e poderá variar entre as 20 e as 25 (consultar o catálogo de obradoiros na web www.depo.es). Para realizar calquera obradoiro será necesario reunir un mínimo de 15 persoas inscritas. Durante o transcurso da formación o número de alumnas e alumnos non poderá baixar de 10; de facelo, a empresa adxudicataria deberá informar o Servizo de Cohesión Social e Xuventude coa maior brevidade, de que unha vez valorada a información achegada pola empresa será quen tome a decisión final sobre a cancelación ou non dun curso. En caso de que as persoas socias non cubran todas as prazas ofertadas, a entidade solicitante deberá aceptar as persoas non socias que previamente solicitasen participar no obradoiro do que se trate. Para estes efectos, as persoas non socias deberán contactar directamente coa entidade co obxecto de anotarse ao obradoiro que lles interese. 5.6. En caso de querer ampliar o número máximo de prazas a entidade deberá presentar a súa solicitude de ampliación, de forma motivada, remitíndoa ao Servizo de Cohesión Social e Xuventude, ao enderezo electrónico cohesionsocialexuventude@depo.es. O Servizo valorará, conxuntamente coa empresa adxudicataria, a ampliación solicitada, atendendo ás condicións do obradoiro, tales como o local no que terá lugar, os contidos e as persoas destinatarias, entre outras. 5.7. Cada entidade poderá escoller un obradoiro de entre os ofertados no catálogo, o que supón a aceptación das seguintes obrigas, que lle corresponden como entidade participante: - Proporcionar unha aula que conte coas características adecuadas para o desenvolvemento da actividade formativa (espazo, mobiliario, ventilación, medios materiais, iluminación, entre outras). No caso de que o local non reúna os requisitos mínimos esixidos, anularase a actividade. Nese caso, a entidade poderá solicitar calquera outro obradoiro que figure no catálogo ofertado. - Informar o alumnado do material que deberá levar. 5.8. Unha vez concedido o obradoiro a entidade solicitante terá a obriga de lle enviar a relación definitiva de participantes á empresa adxudicataria, a través de correo electrónico e/ou de calquera medio que permita a súa recepción, respectando como mínimo que o envío se reciba unha semana antes do inicio da actividade. Nela teñen que figurar os nomes e os apelidos das persoas asistentes, o número de DNI, a idade e o teléfono de contacto de cada unha delas, entre outros datos. É necesario presentar como mínimo as inscricións de 15 persoas para levar a cabo o obradoiro. De non ser así existirá a opción de completar o número de participantes con aquelas persoas non socias que lle presentasen a correspondente solicitude. 5.9. As entidades terán ata o 31 de decembro de 2017, inclusive, para realizar as 30 horas do obradoiro escollido. Sexta. Obrigas das entidades participantes 6.1. A entidade solicitante autorizará a institución provincial para publicar os datos de contacto e o lugar no que se levará a cabo o obradoiro, co fin de que as persoas que non sexan socias poidan contactar con elas no caso de estaren interesadas. Así mesmo, as entidades participantes autorizarán a obtención de imaxes das instalacións onde se levará a cabo o obradoiro escollido, co fin de poder verificar que o local reúne as condicións óptimas para o seu correcto desenvolvemento. 6.2. As entidades deberán escoller un dos obradoiros do catálogo que estará dispoñible en www.depo.es, tendo en conta os materiais que deberán levar as persoas participantes e as características que deberán ter as instalacións segundo o obradoiro escollido. 6.3. As persoas participantes deberán levar os materiais recollidos no catálogo baixo o epígrafe “Materiais que levará o alumnado”. 6.4. As persoas participantes deberán asinar o primeiro día de inicio do curso a recepción do material que debe achegar a empresa, tamén recollido no catálogo. 6.5. As entidades participantes no programa non poderán esixir ningunha cota ou calquera outra contía agás o pagamento de seis euros (6,00 €) estipulado nestas bases ás persoas que realicen a acción formativa. No caso de que se advirta esta práctica, a entidade será sancionada e non poderá participar na edición seguinte, sen prexuízo das responsabilidades que legalmente lle correspondan. Sétima. Obrigas das persoas participantes: 7.1. As persoas participantes de cada obradoiro deberán aboar a cantidade de seis euros (6,00 €) e serán responsables de levar os materiais esixidos se así fose preciso (ver catálogo). Esta cantidade só poderá ser reintegrada no suposto no que exista un motivo debidamente xustificado que impida á persoa participante asistir á acción formativa. Estas baixas deberán ser acreditadas documentalmente. 7.2. O día no que se inicie cada actividade formativa a persoa responsable ou representante da empresa adxudicataria encargarase de recoller a cota de seis euros (6,00 €) a cada participante, salvo que ambas as partes acordasen outro medio para facer efectivo o pagamento: transferencia bancaria, cheque bancario ou calquera outro medio admitido en dereito, sempre que se deixe constancia do número de persoas que fan o pagamento en cada un dos obradoiros. 7.3. O alumnado deberá levar o material requirido no catálogo para a acción formativa escollida, polo que é importante, á hora de elixir, ter en conta de que materiais se debe dispoñer. 7.4. As persoas participantes asinarán voluntariamente a súa autorización de cesión dos dereitos de imaxe para permitir así a obtención de fotos durante a execución dos obradoiros para a difusión e a promoción do programa. 7.5. Unha vez rematada a acción formativa entregaráselle a cada participante un diploma acreditativo da formación recibida, sempre que se cumpran os requisitos de asistencia e se presente o DNI. A entrega dos diplomas poderá realizarse ao remate de cada acción ou á finalización do programa. Neste último caso realizarase unha clausura e a entrega conxunta dos diplomas ás diferentes entidades participantes. Para a obtención do diploma non se poderá superar o 15 % de faltas inxustificadas nin o 25 % de faltas xustificadas. Oitava. Obrigas da empresa adxudicataria: 8.1. A institución provincial ofertará os obradoiros a través dunha empresa especializada na materia, responsable da execución, coordinación e avaliación do programa. A empresa adxudicataria encargarase de achegar os seguintes elementos para cada obradoiro: • Docentes coa titulación e experiencia esixida nos pregos. • Carpeta do programa: presentación e condicións do programa, guión dos contidos do obradoiro que se vai realizar e copia da póliza do seguro de responsabilidade civil. • Materiais didácticos: folios, bolígrafos e fotocopias. Todos os materiais didácticos precisos para a boa execución do obradoiro. • Equipamento específico recollido no catálogo, material necesario para facer exemplos prácticos na aula e materiais básicos para a realización do curso. • No caso de que a entidade non dispoña de cociña ou de equipos informáticos a empresa será quen os facilite cando as instalacións cumpran cos requisitos esixidos e exista a posibilidade de que permanezan instalados na aula durante o tempo que dure a actividade sen risco de que sexan manipulados por persoas alleas. A empresa adxudicataria será a responsable de coordinar coa persoa responsable da entidade solicitante de cada obradoiro os seguintes puntos: - O lugar de impartición do obradoiro. Será a entidade a que deberá dispoñer do local. - A solicitude da relación definitiva de participantes (como mínimo unha semana antes do inicio do curso). - As comunicacións precisas á Deputación, á entidade e ao persoal docente para informar do día, hora e lugar en que se levará a cabo a actividade formativa. Novena. Procedemento de concesión: 9.1. O órgano instrutor dos expedientes será, de acordo coa competencia para coñecer e resolver as solicitudes, o Servizo de Cohesión Social e Xuventude, e a adxudicación corresponderalle á Xunta de Goberno. Excepcionalmente e por razóns de urxencia xustificada poderá autorizarse mediante unha resolución da deputada delegada de área, que dará conta con posterioridade á Xunta de Goberno. 9.2. O procedemento de concesión será o de concorrencia non competitiva. No caso de que o número de solicitudes exceda o número de obradoiros ofertados, desde a Deputación elaborarase a lista seguindo a orde de prelación que se detalla a continuación: 1) Asociacións, federacións ou confederacións e fundacións que figuren no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) como entidades de iniciativa social, dentro da área de maiores da provincia de Pontevedra. 2) As entidades que figuren no Rexistro Xeral de Asociacións, recollidas dentro da provincia de Pontevedra e clasificadas na categoría tipo: terceira idade–pensionistas–xubilados. 3) Asociacións de persoas maiores, pensionistas, prexubiladas e xubiladas non rexistradas nas anteriores. 4) Entidades que, sen estaren rexistradas nas categorías anteriores, xustifiquen o seu labor no eido das persoas maiores. Terase en conta a orde de presentación das solicitudes en cada categoría. Tendo en conta a orde aprobada cubriranse de forma inicial un máximo de 100 obradoiros e o resto das solicitudes quedarán en lista de agarda. No suposto de que os obradoiros ofertados non queden cubertos esta institución provincial reservarase o dereito a abrir un novo prazo de inscrición ou a ampliar a convocatoria inicial, co obxecto de que as entidades beneficiarias poidan solicitar un segundo obradoiro. O número de accións formativas poderá ampliarse en caso de que a empresa adxudicataria oferte un prezo unitario por obradoiro inferior ao de licitación. Décima. Orzamento e financiamento: 10.1. A contía consignada para este programa ascende a cento vinte mil euros (120.000,00 €), con cargo á aplicación 17/231.2311.227.07 do Orzamento ordinario do organismo provincial, sen prexuízo de que este crédito poida ser ampliado. Concederase un obradoiro por entidade solicitante, ata un máximo de 100. 10.2. O programa será cofinanciado pola institución provincial tal e como se especifica a continuación: • Cada alumna ou alumno aboará a cantidade de seis euros (6,00 €) por curso. • A Deputación asumirá a cantidade restante que resulte do prezo de adxudicación. Décimo primeira. Publicidade: En toda a publicidade que se elabore como consecuencia da execución deste contrato, farase constar a organización e a colaboración da Deputación de Pontevedra mediante a inclusión da súa imaxe institucional, de conformidade co artigo 31 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións (RLXS). Para todo o relacionado con este tema poden dirixirse ao seguinte enderezo de correo electrónico: cohesionsocialexuventude@depo.es Décimo segunda. Prazo de vixencia Este programa terá vixencia ata o 31 de decembro de 2017. Décimo terceira. Lexislación aplicable: • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. • Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións. • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. • Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. • Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común. • Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. • Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. • Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. • Lei 50/2002, de 26 de decembro, de fundacións. • Lei 12/2006, de 1 de decembro, de fundacións de interese galego. • Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. • Bases de execución do vixente Orzamento provincial para o ano 2017. • Orzamento provincial para o ano 2017. 4.25162.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Ó ABEIRO DO “PLAN CONCELLOS 2017”, CORRESPONDENTE Á LIÑA 3: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS – III RELACIÓN O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión extraordinaria do día 28/12/2016, aprobou as “Bases reguladoras e convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017” que recolle os procedementos para conceder subvencións a 59 municipios da provincia para financiar actuacións e investimentos, propostas que deben estar relacionadas coas materias que os municipios exercen como competencias propias ou, en todo caso, as atribuídas por delegación, de conformidade co artigo 7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ditas bases foron publicadas no BOPPO nº249 de 30/12/2016 e o extracto da convocatoria publicouse no BOPPO nº1, do 02/01/2017. Este plan aprobado baixo o procedemento de concorrencia non competitiva, está dotado con 41,2 millóns de euros, que se reparten entre os concellos beneficiarios en función de tres criterios básicos: a poboación de cada concello, a súa superficie e os seus núcleos de poboación, segundo as porcentaxes indicadas nas Bases para cada grupo de concellos. Mediante Resolución Presidencial de 12/01/2017, núm. 2017000367 aprobáronse as cantidades asignadas a cada concello, se ben, unha vez comunicadas as débedas pendentes coa Deputación, poderase proceder de oficio á súa detracción polo que neses casos o importe definitivo será calculado tendo en conta a detracción que se efectúe. De conformidade coa base 5ª, as axudas e subvencións concedidas poderán destinarse ás seguintes liñas nos termos recollidos na base 8ª liña 1 (Investimentos) ata un importe mínimo que resulte de aplicar a porcentaxe do 62,50% á cantidade total que lle corresponde ó concello; liña 2 (Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes) ata un importe máximo do 15% á cantidade total que lle corresponde ó concello; liña 3 (Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais) ata un importe máximo do 22,50% á cantidade total que lle corresponde ó concello. As cantidades que os concellos non utilicen das liñas 2 e 3, poderanas empregar para facer investimentos (liña 1), non obstante, o excedente nesta liña 1 non se pode aplicar ás restantes liñas. A liña 3 (Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais) ten por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública das axudas e subvencións destinadas a financiar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de persoas desempregadas. Comprobado dende o Servizo de Cooperación que todas as solicitudes desta relación cumpren os requisitos esixidos nas Bases reguladoras e achegan a documentación requirida, emítese informe da xefa do Servizo en relación a súa tramitación. As solicitudes dos concellos referenciados no anexo aparte respectan en todo caso o importe máximo de 22,50 % da cantidade que lle corresponde a cada concello (detraídas no seu caso as débedas contraídas coa Deputación). Na aplicación 2017/942.9425.462.03 (Plan de Cooperación cos Concellos_17. Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos) do vixente Orzamento Provincial existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. Xúntase a relación valorada das solicitudes en anexo aparte que comeza con Covelo e remata en Tomiño (total de: 12 concellos), calculándose o importe das axudas segundo a petición do beneficiario en base ao custo das contratacións e tendo en conta o número de traballadores, a duración das contratacións e o tipo de xornada a realizar (completa ou parcial). As axudas comprenden o custo salarial e a cotización á Seguridade Social, de persoas desempregadas (calquera que sexa a categoría profesional), respectando o Salario Mínimo Interprofesional por traballador (importe proporcional ás horas traballadas), complementando o concello, no seu caso, a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios que correspondan por categoría profesional. Fundamentos Xurídicos: Primeiro.- Réxime Xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas (LPACAP). - Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público (LRXSP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRXEL). - Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017. - Bases de execución do orzamento da Deputación. Segundo.- Consideracións xurídicas: I.- Instrución do expediente: - Base novena do Plan Concellos 2017, relativa ao procedemento que dispón que será o de concorrencia non competitiva; e asemade segundo o disposto na Base décimo terceira indícase que é o Servizo de Cooperación o encargado da tramitación dos expedientes, revisión das solicitudes e comprobación da documentación. II.- Petición e evacuación de informes: - Artigos 79 e 80 da LPACAP sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 88.6 da LPACAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. III.- Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ao órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial que regulan o procedemento de concesión e o contido das solicitudes de subvención. - Base de execución 16ª.2ª do Orzamento que sinala que o órgano competente para a autorización e disposición deste gasto é a Xunta de Goberno. - Base oitava e décima dentro da liña 3 do Plan Concellos 2017 que relaciona os requisitos dos servizos para os que se van contratar aos traballadores, así como a cantidade subvencionables (custo salarial e cotización á Seguridade social), co límite mínimo do Salario Mínimo Interprofesional por traballador (importe proporcional ás horas traballadas), que poderá ser superior se así o sinala o propio concello, e a necesaria documentación para a concesión da subvención. - Base quinta do Plan Concellos 2017 que consigna o crédito orzamentario, a porcentaxe e o límite máximo por liña. Conclusións: Primeiro.- Todas as solicitudes recollidas no anexo aparte (III Relación Plan Concellos 2017 (Liña 3): Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais), foron presentadas en prazo, e achegan a documentación precisa para a súa valoración. Segundo.- En canto ás funcións para as que se contratarán ós traballadores, de acordo coas memorias achegadas, consisten, en servizos de interese xeral e social. O importe da subvención solicitada non excede do importe máximo de financiamento do plan nin a porcentaxe máxima da liña 3 segundo o disposto na base quinta (22,50 % da cantidade total correspondente a cada concello, incluídas neste importe, no seu caso, as detraccións notificadas das débedas contraídas coa Deputación por parte das entidades solicitantes). Terceiro.- As cantidades que resultan subvencionables calcúlanse en base ás solicitudes realizadas polos concellos, tendo en conta que os salarios deberán respectar o Salario Mínimo Interprofesional por traballador e tomando como referencia unha xornada completa de 37,5 horas semanais. No caso de que as contratacións de desempregados se efectúen por un importe inferior de horas das estipuladas para un contrato a xornada completa, o importe subvencionable mínimo reducirase proporcionalmente en función das horas traballadas. En consecuencia, son os interesados os que sinalan o importe a subvencionar na súa solicitude, que poderá exceder o SMI en razón das obrigas legais ou por convenio existentes. Os beneficiarios asumen o compromiso de afrontar a cantidade complementaria non subvencionada. Cuarto.- Unha vez concedida a subvención, os concellos poderán solicitar o pago anticipado segundo o establecido na base vixésima. Asemade, deberanse xustificar as axudas concedidas de conformidade ó establecido na base vixésima e tendo en conta o disposto na base décimo quinta en relación ás obrigas do beneficiario, especialmente en canto á publicidade. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables e a súa motivación razoada, e a concorrencia dos requisitos necesarios, a xefa do Servizo de Cooperación informa favorablemente os expedientes de subvención relacionados no anexo aparte (III Relación Plan Concellos 2017 (Liña 3): Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais) e a concesión das subvencións solicitadas segundo os importes que figuran en dito anexo, por un importe total un millón seiscentos cincuenta e nove mil cento sesenta e sete euros con setenta e nove céntimos (1.659.167,79 €) con cargo á aplicación orzamentaria 2017/942.9425.462.03. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2ª c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Por todo o exposto, á vista da documentación que obra no expediente, do informe da xefa do Servizo de Cooperación e do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Conceder subvencións, polo procedemento de concorrencia non competitiva, aos concellos que figuran en anexo aparte (III Relación Plan Concellos 2017 (Liña 3:) Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais) para a contratación dos traballadores e categorías laborais que se relacionan no mesmo, por un importe total de un millón seiscentos cincuenta e nove mil cento sesenta e sete euros con setenta e nove céntimos (1.659.167,79 €) con cargo á aplicación orzamentaria 2017/942.9425.462.03. As subvencións concédense con suxeición ás bases reguladoras do plan, e, en particular, ás condicións seguintes: a) A selección do persoal levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego, entre persoas desempregadas e que reúnan os requisitos establecidos na Base oitava correspondente á liña 3. b) Todos os contratos poderán estar iniciados dende o 01/01/2017 sen que en ningún caso a subvencionabilidade dos contratos poida exceder o 31/12/2017. No caso de que algún dos traballadores contratados renuncie ó contrato antes da súa finalización o concello poderá formalizar un novo contrato para substituír o anterior polo tempo restante. A relación laboral xurdida entre a entidade beneficiaria e o traballador non vinculará á Deputación de Pontevedra. c) O pagamento da subvención concedida farase efectiva da seguinte forma: - O 50% ó inicio da actividade (ou servizo), que se xustificará co documento acreditativo expedido polo órgano ou empregado público competente. Aboarase segundo o número de contratos formalizados ata esa data e deberán identificarse as persoas traballadoras, as datas de inicio dos seus contratos, a categoría profesional e a duración dos seus contratos - O 50% restante ó finalizar a metade do prazo de duración do contrato, previa achega de documento acreditativo expedido polo órgano ou empregado público competente sobre a continuidade da actividade no que se faga constar o número de contratos, a súa categoría profesional, a identificación das persoas traballadoras e as datas de inicio e fin do contrato. d) En canto a xustificación, no prazo máximo de dous meses a partir do día seguinte ó da finalización da obra ou servizo, cómpre presentar no Rexistro da Deputación os seguintes documentos: - Memoria final sobre as actividades realizadas e práctica profesional adquirida polos traballadores contratados. - Certificación de fin de servizo e do cumprimento dos requisitos e criterios sinalados nestas bases. - Certificación expedida polo funcionario público competente de que os gastos se realizaron e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame os xustificantes correspondentes. Nesta certificación deberanse concretar as cantidades aboadas en concepto de salario e cotización empresarial á Seguridade Social e as cantidades deducidas na liquidación de cotas a ese mesmo organismo (modelo TC1) en concepto de incapacidade temporal das traballadoras e traballadores contratados con cargo a esta subvención, cuxa contía deberá excluírse do cálculo do gasto total elixible realizado polo Concello e que, no seu caso, dará lugar á obriga de reintegro á institución provincial. - Acreditación da publicidade do financiamento pola Deputación de Pontevedra do obxecto da subvención. e) A non xustificación ou a xustificación insuficiente dará lugar o reintegro da subvención percibida con correspondentes xuros de demora nos termos previstos no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 2.- Darlle traslado da presente resolución ós interesados, ó Servizo de Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. III RELACIÓN PLAN CONCELLOS 2017 (LIÑA 3): PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS Concello Nº traballadores Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) Importe concedido Covelo 21 2 peóns de recollida lixo e 1 mecánico (mantemento de maquinaria) en xornada de 30 h/semanais durante 10 meses; 5 peóns forestais, 4 peóns albanelería, 4 peóns de limpeza, 1 condutor de camión (CAP) e 1 carpinteiro en xornada de 30 h/semanais durante 6 meses; 2 peóns de limpeza e 1 socorrista (piscina municipal) en xornada de 30 h/semanais durante 3 meses 100.696,99 € Crecente 11 1 condutor/a chofer de maquinaria pesada a xornada completa durante 10 meses; 1 condutor/a chofer camión lixo, 2 peóns operarios/as limpeza e 7 peóns operarios/as servizos múltiples en xornada de 25 h/semanais durante 10 meses 87.226,50 € A Lama 15 1 auxiliar administrativo en xornada de 25 h/semanais durante 10 meses; 3 operarios de limpeza en xornada de 20 h/semanais durante 10 meses; 1 operario conserxe, 2 peóns de fontanería, 1 peón mecánico, 1 operario da industria metalúrxica e fabricación de produtos metálicos, 1 operario ferreiro forxador, 3 peóns da construción e 2 peóns forestais en xornada de 30 h/semanais durante 8 meses 104.786,90 € Moraña 10 3 peóns obra pública, 2 peóns albaneis, 2 peóns de limpeza, 1 peón condutor, 1 peón tractorista e 1 peón carpinteiro a xornada completa durante 10 meses 104.670,00 € Pazos de Borbén 19 1 auxiliar de arquivo en xornada de 25 h/semanais durante 9 meses; e 18 peóns da construción en xornada de 25 h/semanais durante 6 meses 88.461,00 € Poio 28 1 peón de xardinería e 1 oficial 1ª albanel en xornada de 37,5 h/semanais durante 9 meses; 1 dinamizador sociocultural e 1 subalterno conserxe en xornada de 25 h/semanais durante 9 meses; 4 peóns forestais (praias), 4 peóns obras públicas, 1 peón de xardinería, 1 oficial condutor palista e 1 oficial 1ª albanel en xornada de 37,5 h/semanais durante 8 meses; 1 traballador social en xornada de 32,5 h/semanais durante 8 meses; 1 subalterno conserxe en xornada de 30 h/semanais durante 8 meses; 1 TCAE/aux. clínica en xornada de 20 h/semanais durante 8 meses; 1 oficial condutor palista en xornada de 37,5 h/semanais durante 7 meses; 1 oficial condutor palista en xornada de 37,5 h/semanais durante 6 meses; 1 técnico de mocidade en xornada de 25 h/semanais durante 6 meses; 4 limpadores en xornada de 20 h/semanais durante 6 meses; 1 subalterno conserxe en xornada de 25 h/semanais durante 5 meses; 1 traballador do Ciclo Superior de Turismo en xornada de 32,5 h/semanais durante 4 meses; 1 oficial 1ª electricista en xornada de 37,5 h/semanais durante 3 meses 226.802,42 € Pontecesures 8 4 peóns de obra pública, 3 peóns de limpeza e 1 técnico de protección civil en xornada de 30 h/semanais durante 10 meses 73.458,64 € O Porriño 52 1 enfermeiro/a, 2 conserxes, 2 pintores/as de bandas de estradas, 12 peóns de obra pública, 6 oficiais de albanelería ou obra pública, 1 oficial carpinteiro/a, 1 oficial fontaneiro/a, 1 oficial electricista, 3 condutores/as para pala escavadora e camión, tractor desbrozador e/ou varredora, 1 oficial ferreiro/a, 6 xardineiros/as e 16 peóns de limpeza 236.737,16 € Portas 10 1 tractorista e 1 varredor en xornada de 35 h/semanais durante 10 meses; 3 peóns de limpeza en xornada de 35 h/semanais durante 8 meses; 2 peóns de xardinería e 3 peóns de obras públicas en xornada de 35 h/semanais durante 7 meses 83.547,47 € Salceda de Caselas 13 1 animador/a sociocultural, 1 orientador/a laboral, 1 administrativo/a, 1 grao en administración e dirección de empresas, 1 condutor, 2 oficiais de albaneis, 3 peóns de limpeza viaria e 2 peóns de desbroce e limpeza de parques, xardíns, montes e outras zonas verdes a xornada completa durante 10 meses; e 1 peón de limpeza viaria a xornada completa durante 7 meses 143.134,78 € Salvaterra de Miño 22 4 mozos de recollida do lixo e 2 varredores en xornada de 35 h/semanais durante 10 meses; 1 informador turístico en xornada de 35 h/semanais durante 9 meses; 1 animador sociocultural e 1 fontaneiro en xornada de 35 h/semanais durante 8 meses; 1 condutor, 4 peóns da construción e 3 oficiais albaneis en xornada de 35 h/semanais durante 7 meses; 2 peóns de limpeza e 2 monitores deportivos en xornada de 35 h/semanais durante 2 meses; e 1 cobrador para as piscinas en xornada de 30 h/semanais durante 2 meses 161.702,73 € Tomiño 25 3 peóns de xardinería, 1 carpinteiro especialista, 1 carpinteiro en xeral oficial de 1ª, 1 instalador electricista en xeral oficial de 1ª, 1 instalador electricista en xeral especialista, 2 técnicos administrativos en xeral oficial administrativo e 1 pedagogo/educador social/mestre primaria axudante titulado en xornada de 35 h/semanais durante 10 meses; 8 peóns de xardinería, 2 peóns da construción de edificios, 1 albanel oficial de 1ª, 1 condutor-operador de retroescavadora oficial de 2ª, 1 mecánico de mantemento e reparación de automoción en xeral oficial de 2ª, 1 soldador de estruturas metálicas lixeiras especialista, 1 condutor-operador de maquinaria forestal con motor en xeral oficial de 2ª en xornada de 35 h/semanais durante 8 meses 247.943,20 € TOTAL 1.659.167,79 € 5.25163.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS NO TRAMO MADERAS IGLESIAS-SAN CAMPIO”, QUE SE FINANCIARÁ CON CARGO Á BAIXA DE ADXUDICACIÓN, CONCELLO DE O PORRIÑO, EXPEDIENTE PPOS/15/00794/201500433 O Pleno da Deputación, na súa sesión do 28 de novembro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS 15), que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. Se ben se debe ter en conta a modificación de dito plan aprobado mediante acordo plenario do 27 de febreiro de 2015, publicado no BOPPO núm. 41, do 2 de marzo de 2015, e a prórroga dos prazos de concesión e de execución e xustificación aprobado mediante acordo plenario do 28 de decembro de 2016, publicado no BOPPO núm. 249, do 30 de decembro de 2016. Mediante acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial 7.23806 de data 09/10/2015, concedeuse unha subvención ao abeiro do PPOS/15, por importe de 274.855,65 € ao Concello de O Porriño, CIF P3603900F, para o financiamento do investimento “Dotación de beirarrúas no tramo Maderas Iglesias – San Campio”, cun orzamento polo mesmo importe 274.855,65 €. Procedemento de concesión concorrencia. En data 12/09/2016 ten entrada no Rexistro da Deputación co número 2016094077, escrito do concello de O Porriño no que comunica a baixa habida na adxudicación da obra “Pavimentación de beirarrúas tramo Maderas Iglesias San Campio” adxudicada por importe de 210.501,04 €, resultando unha baixa por importe de 64.354,61 €. En data 25/11/2016 ten entrada no rexistro da Deputación co número 2016119536 solicitude do Concello de O Porriño de aprobación por parte da Deputación do proxecto Modificado “Dotación de beirarrúas no tramo Maderas Iglesias – San Campio”. Con dita solicitude achega o proxecto modificado por importe de 329.803,15 €, e unha vez aplicado a este novo importe a baixa de adxudicación inicial supón un importe total de 252.583,14 €, a súa aprobación por decreto da Alcaldía de data 17/11/2016, certificado do Secretario Xeral do Concello do acordo da Xunta de Goberno Local de data 21/07/2016 de adxudicación da obra por importe de 210.501,04 €. En data 04/12/2016 ten entrada no rexistro da Deputación co número 2016122221 escrito do Concello de O Porriño no que comunica que o aumento no importe da obra licitada farase con cargo á baixa da licitación. En data 23/01/2017 ten entrada no rexistro da Deputación co número 2017005118 escrito do concello de O Porriño no que achega novo exemplar do proxecto modificado no que emendaron erros detectados e informe do arquitecto municipal. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas bases reguladoras do PPOS/15. Fundamentación xurídica: Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais (ROFRJEL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Sector Público. - Bases de execución do Orzamento Provincial para o ano 2017. - Bases reguladoras do PPOS 15. Consideracións xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 10ª do PPOS 15, relativa á instrución, procedemento e xustificación, que indica que correspóndelle ao Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. - Base reguladora 12ª do PPOS/15, relativa os proxectos, que indica que a Deputación, procedera, en todo caso, a supervisión e control dos proxectos tendo en conta especialmente os prezos das distintas unidades de obra. Petición e evacuación de informes: - Artigo 80 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo, Común das Administracións Públicas, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 88.6 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo, Común das Administracións Públicas, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Procedencia da autorización: - Artigo 151 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos do Sector Público relativo a adxudicación e clasificación dos contratos que establece que a adxudicación guiarase polos criterios de adxudicación establecidos nos pregos e de existir un único criterio este será a oferta economicamente máis vantaxosa. - Artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 novembro, xeral de subvencións, que establece que son subvencionables aqueles gastos que respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido nas bases reguladoras, sempre que os gastos se axusten a mercado. - Base reguladora 14ª do PPOS/15, relativa á licitación e modificación do proxecto, indica que, se durante a execución das obras xurde a necesidade de modificar o proxecto da obra o concello deberá tramitar o correspondente expediente de acordo co establecido no Texto refundido da Lei de contratos de sector público, e redactar un proxecto modificado que deberá ser aprobado polo Concello e pola Deputación. Non obstantes, só se admitirán a trámite modificacións que se poidan financiar co importe das baixas de adxudicación. - Acordo plenario de 28 de decembro de 2016 que estende o prazo de concesión de subvencións por cambios de aplicación ou modificacións do contido das resolucións xa recaídas, así como os de concesión de subvencións por reinvestimento de baixas dos investimentos acollidos ó PPOS/15 ata o 30 de setembro de 2017; e o prazo de execución e xustificación dos investimentos acollidos ó PPOS/15 ata o 31 de decembro de 2017. De acordo con todo o sinalado, no exercicio das competencias recollidas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2017, e visto o informe da xefa do servizo de Cooperación, de data 27 de xaneiro de 2017, que conclúe favorablemente a aprobación do proxecto modificado “Dotación de beirarrúas no tramo Maderas Iglesias – San Campio” e a autorización da reinversión da baixa de adxudicación en dito modificado e o da Intervención Provincial de data 30 de xaneiro de 2017, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o proxecto modificado das actuacións a levar a cabo para a realización do investimento denominado “Dotación de beirarrúas no tramo Maderas Iglesias – San Campio” (PPOS/15/00794/201500433) do Concello de O Porriño por importe de 252.583,14€ que se financiará con cargo á baixa de adxudicación. - O investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2017. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. - Darlle traslado do presente acordo ao Concello de O Porriño, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 6.25164.- APROBACIÓN DAS MODIFICACIÓNS DO PROXECTO “REFORMA PLANTA BAIXA DO CONCELLO DE NIGRÁN”, CUN INCREMENTO DO ORZAMENTO E AUTORIZACIÓN DO FINANCIAMENTO DO DEVANDITO INCREMENTO CON PARTE DA BAIXA DE ADXUDICACIÓN, EXPEDIENTE PPOS/15/00983/201500460, SOLICITADO POLO CONCELLO DE NIGRÁN O Pleno da Deputación, na súa sesión do 28 de novembro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS 15), que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. Se ben se debe ter en conta a modificación de dito plan aprobado mediante acordo plenario do 27 de febreiro de 2015, publicado no BOPPO núm. 41, do 2 de marzo de 2015, e a prórroga dos prazos de concesión e de execución e xustificación aprobado mediante acordo plenario do 28 de decembro de 2016, publicado no BOPPO núm. 249, do 30 de decembro de 2016. Mediante acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial 16.24089 de data 05/02/2016, concedeuse unha subvención ao abeiro do PPOS/15, por importe de 132.995,56 € ao Concello de Nigrán, CIF P3603500D, para o financiamento do investimento “Reforma da planta baixa do Concello” cun orzamento polo mesmo importe 132.995,56 €. Procedemento de concesión concorrencia. Por decreto da Alcaldía do Concello de Nigrán, de data 17/10/2016, se acorda adxudicar o investimento por importe de 92.830,91 €, resultando unha baixa por importe de 40.164,65€. Por Resolución Presidencial número 2016022089 de data 29/11/2016, se autoriza a reinversión de parte da baixa na adquisición de pedra para reforma da planta baixa do concello e accesibilidade do entorno por importe de 6.957,50 €, quedando un remanente de 33.207,15 €. En data 05/12/2016 ten entrada no Rexistro da Deputación co número 2016122415 solicitude do Concello de Nigrán de autorización de modificacións ó proxecto para a realización do investimento “Reforma da planta baixa do Concello” e que supón un incremento 2.572,57 €, imputando o importe á baixa do orzamento de adxudicación. Con dita solicitude achega documentación técnica das modificacións al proxecto e resolución da Alcaldía de data 29/11/2016 aprobando a modificación. En data 19/01/2017, ten entrada no rexistro xeral da Deputación núm. 2017004139, escrito do Concello de Nigrán no que remite informe do arquitecto municipal no que deixa constancia de que non foi presentada alegación algunha ao respecto do modificado pola empresa construtora. Polo que o reformado e os prezos incluídos foron aceptados pola mesma. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas bases reguladoras do PPOS/15. Fundamentación xurídica: Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por RD 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais (ROFRJEL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Sector Público. - Bases de execución do Orzamento Provincial para o ano 2017. - Bases reguladoras do PPOS 15. Consideracións xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 10ª do PPOS 15, relativa á instrución, procedemento e xustificación, que indica que correspóndelle ao Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. - Base reguladora 12ª do PPOS/15, relativa os proxectos, que indica que a Deputación, procedera, en todo caso, a supervisión e control dos proxectos tendo en conta especialmente os prezos das distintas unidades de obra. Petición e evacuación de informes: - Artigo 80 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo, Común das Administracións Públicas, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 88.6 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo, Común das Administracións Públicas, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Procedencia da autorización: - Artigo 151 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos do Sector Público relativo a adxudicación e clasificación dos contratos que establece que a adxudicación guiarase polos criterios de adxudicación establecidos nos pregos e de existir un único criterio este será a oferta economicamente máis vantaxosa. - Artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 novembro, xeral de subvencións, que establece que son subvencionables aqueles gastos que respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido nas bases reguladoras, sempre que os gastos se axusten a mercado. - Base reguladora 14ª do PPOS/15, relativa á licitación e modificación do proxecto, indica que, se durante a execución das obras xurde a necesidade de modificar o proxecto da obra o concello deberá tramitar o correspondente expediente de acordo co establecido no Texto refundido da Lei de contratos de sector público, e redactar un proxecto modificado que deberá ser aprobado polo Concello e pola Deputación. Non obstantes, só se admitirán a trámite modificacións que se poidan financiar co importe das baixas de adxudicación. - Acordo plenario de 28 de decembro de 2016 que estende o prazo de concesión de subvencións por cambios de aplicación ou modificacións do contido das resolucións xa recaídas, así como os de concesión de subvencións por reinvestimento de baixas dos investimentos acollidos ó PPOS/15 ata o 30 de setembro de 2017; e o prazo de execución e xustificación dos investimentos acollidos ó PPOS/15 ata o 31 de decembro de 2017. De acordo con todo o sinalado, no exercicio das competencias recollidas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2017, e visto o informe da xefa do servizo de Cooperación, de data 27 de xaneiro de 2017, que conclúe favorablemente a aprobación das modificacións do proxecto e a reinversión de parte da baixa de adxudicación e o da Intervención Provincial de data 30 de xaneiro de 2017, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar as modificacións ó proxecto das actuacións a levar a cabo para a realización do investimento denominado “Reforma planta baixa do Concello de Nigrán” (PPOS/1500983/201500460) do Concello de Nigrán cun incremento do orzamento de execución por contrata de 2.572,57 €. - Autorizar a reinversión de parte da baixa de adxudicación no incremento do orzamento por importe de 2.572,57 €. - O investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2017. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. - Darlle traslado do presente acordo ao Concello de Nigrán, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 7.25165.- ADXUDICACIÓN DOS LOTES 2 A 7 DO PROCEDEMENTO ABERTO RELATIVO A UN ACORDO MARCO QUE REXERÁ A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DESBROCES NAS MARXES DA ESTRADAS DE TITULARIDADE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (Expte. nº2016031287) A Deputación de Pontevedra, ten entre as súas competencias, recollidas polo lexislador na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, a de asegurar a prestación integral e axeitada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal, asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica aos Municipios, así como a mellora substancial das infraestruturas da provincia. Por todo isto, a xefa dos servizos Administrativos do Servizo de Mobilidade, mediante informe emitido con data 9 de agosto de 2016, co conforme do Deputado delegado, expón que, relacionado co anterior e de acordo co disposto na Lei 8/2013, de 28 de xuño, de Estradas de Galicia e na ordenanza Reguladora do uso e Defensa, corresponde á Deputación de Pontevedra a conservación e xestión das estradas provinciais, encargando as labores de mantemento e conservación ás brigadas e ao persoal do parque de Maquinaria. O servizo de Mobilidade é o que debe realizar as tarefas de conservación entre as que se atopan o desbroce das marxes das estradas da rede provincial. Polo que, no citado informe, solicítase que se inicien os trámites para a contratación dos servizos que terán por obxecto o desbroce das marxes en estradas de titularidade da Deputación de Pontevedra. Realizados os trámites, a Xunta de Goberno, na sesión de data 7 de outubro de 2016, adoptou o acordo de aprobar o dito expediente de contratación. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 199 de data 18 de outubro de 2016. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 9 de novembro de 2016, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Na reunión que tivo lugar o día 16 de novembro de 2016, a Mesa de Contratación indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B presentados polas mesmas, correspondentes á documentación económica valorable mediante criterios avaliables mediante fórmulas. Tras o exame das ofertas presentadas polas empresas José Luís Treinta Cardoso (NIF:76.903.385X) (Lote 7) e Manuel Enriquez Collazo (NIF: 35.316.487X) (Lotes 1,2,3,4,5,6,7,8) e de conformidade co establecido no prego de condicións económico - administrativas que rexe o procedemento, estas ofertan un prezo unitario superior ao prezo máximo de licitación, en concreto: - José Luís Treinta Cardoso NIF: 76.906.385X) (Lote 7), oferta un prezo unitario de 15.700,00€ (sen IVE). - Manuel Enriquez Collazo(NIF: 35.316.487X) (Lotes 1,2,3,4,5,6,7,8), oferta un prezo unitario, para cada un dos lotes de 16.900,00€ Tendo en conta que o prezo unitario máximo é de 179,00 € (sen IVE) as ofertas superan o importe máximo previsto nos pregos ao non presentarse de forma correcta o Anexo II.- Modelo de Proposición, a Mesa de Contratación acordará a súa exclusión, de conformidade co artigo 84 do Real Decreto 1098/2001, elevando a súa proposta ao Órgano de Contratación. Asemade, tras o exame das ofertas, a presentadas pola empresa Seanto, S.L. (CIF:B41.621.038) obsérvase que no Lote nº 7 e Lote nº 8, de conformidade co establecido no prego de condicións económico-administrativas que rexe o procedemento, esta presentan un valor anormal ou desproporcionado no referente ao prezo ofertado, polo que se lles require para que no prazo improrrogable de 5 días hábiles xustifique a súa oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ao aforro económico, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación. A citada empresas presentou a documentación xustificativa da súa oferta dentro do prazo establecido. A empresa xustifica a súa oferta económica baseándose nos seguintes tres puntos: 1.- Acreditada experiencia de máis de 20 anos en execución de traballos similares aos incluídos no proxecto, especialmente na roza de estradas. 2.- Os medios necesarios para a execución (maquinaria, instalacións e man de obra) atópanse en situación de dispoñibilidade. A maquinaria propiedade exclusiva de Seanto, S.L. atópase practicamente amortizada co que o custe é mínimo. 3.- En canto ao prezo unitario ofertado (condicionado unicamente pola máquina e man de obra sinalada), a redución do custe xustifícase pola ampla experiencia para acometer as unidades proxectadas, os rendementos esperados e a situación da vexetación. A documentación achegada foi trasladada a Xefatura dos Servizos Técnicos de Mobilidade para a súa valoración en data 22 de novembro de 2016. Polo xefe dos Servizos Técnicos de Mobilidade emítense, en data 28 de novembro de 2016, informe no que pon de manifesto que considera xustificada de forma coherente a oferta económica realizada, e que por tanto debería realizarse a proposta de adxudicación á dita empresa no lote que se corresponde. Tendo en conta o informe emitido polo Servizo de Mobilidade, realízanse as valoracións totais e se obteñen os seguintes resultados en cada un dos lotes. LOTE 1 Posición Empresa Licitadoras Prezo Unitario (Sen IVE) IVE (21%) Prezo Unitario (IVE Incluído) Puntuación 1ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 145 € 30,45 € 175,45 € 95,899 2ª Moreira Gómez, S.L. (CIF: B36.267.649) 147 € 30,87 € 177,87 € 90,886 3ª Construccións, obras e viais, S.A. (CIF: A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,366 4ª Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) 156 € 32,76 € 188,76 € 68,327 5ª Mantecer,S.L.(CIF:B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 63,313 6ª Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,300 Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,300 Excavaciones y obras Melchor,S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,300 7ª Penouriño,S.L.(CIF:B15.739.626) 167 € 35,07 € 202,07 € 37,257 8ª Ingeniería Forestal del Rural,S.L. (CIF: B36.575.967) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,943 Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,943 9ª Forestales Muiñeiro, S.L. (CIF: B36.556.017) 174 € 36,54 € 210,54 € 15,524 10ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 178 € 37,38 € 215,38 € 3,105 LOTE 2 Posición Empresa Licitadoras Prezo Unitario (Sen IVE) IVE (21%) Prezo Unitario (IVE Incluído) Puntuación 1ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 145 € 30,45 € 175,45 € 95,843 2ª Moreira Gómez, S.L. (CIF: B36.267.649) 147 € 30,87 € 177,87 € 90,743 3ª Construccións, obras e viais,S.A. (CIF: A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,094 4ª Seanto, S.L. (CIF:B41.621.038) 155 € 32,55 € 187,55 € 70,345 5ª Mantecer, S.L. (CIF: B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 62,695 6º Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 159 € 33,39 € 192,39 € 60,146 7ª Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 57,323 Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 160 € 33,60 € 193,60 € 57,323 8ª Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 164 € 34,44 € 198,44 € 45,255 9ª Penouriño, S.L. (CIF: B15.739.626) 167 € 35,07 € 202,07 € 36,204 10ª Ingeniería Forestal del Rural,S.L. (CIF: B36.575.967) 172 € 36,12 € 208,12 € 21,119 11ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 176 € 36,96 € 212,96 € 9,051 LOTE 3 Posición Empresa Licitadoras Prezo Unitario (Sen IVE) IVE (21%) Prezo Unitario (IVE Incluído) Puntuación 1ª Plantadeza, S.L. (CIF: B36.417.483) 149 € 31,29 € 180,29 € 86,243 2ª Construccións, obras e viais,S.A. (CIF: A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,622 3ª Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) 154 € 32,34 € 186,34 € 73,141 4ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 155 € 32,55 € 187,55 € 70,520 5ª Mantecer,S.L.(CIF:B70409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 62,659 6ª Forestales Muiñeiro, S.L. (CIF: B36.556.017) 159 € 33,39 € 192,39 € 60,039 7ª Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 57,418 Penouriño, S.L. (CIF: B15.739.626) 160 € 33,60 € 193,60 € 57,418 8ª Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 162 € 34,02 € 196,02 € 51,811 9ª Ingeniería Forestal del Rural,S.L. (CIF: B36.575.967) 165 € 34,65 € 199,65 € 42,668 10ª Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 168 € 35,28 € 203,28 € 33,525 11ª Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,429 Moreira Gómez, S.L. (CIF: B36.267.649) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,429 12ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 176 € 36,96 € 212,96 € 9,143 LOTE 4 Posición Empresa Licitadoras Prezo Unitario (Sen Ive) Ive (21%) Prezo Unitario (Ive Incluído) Puntuación 1ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 145 € 30,45 € 175,45 € 95,843 2ª Moreira Gómez, S.L. (CIF: B36.267.649) 147 € 30,87 € 177,87 € 90,769 3ª Construccións, obras e viais,S.A. (CIF: A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,158 4ª Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) 152 € 31,92 € 183,92 € 78,084 5ª Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 158 € 33,18 € 191,18 € 62,862 Mantecer, S.L. (CIF:B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 62,862 6ª Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 160 € 33,60 € 193,60 € 57,789 Excavaciones y obras Melchor,S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 57,789 7ª Penouriño, S.L. (CIF: B15.739.626) 167 € 35,07 € 202,07 € 36,572 8ª Silvareira Servicios Forestais, S.L. (CIF: B36554228) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,429 Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,429 Ingeniería Forestal del Rural, S.L. (CIF: B36.575.967) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,429 9ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 176 € 36,96 € 212,96 € 9,143 LOTE 5 Posición Empresa Licitadoras Prezo Unitario (Sen IVE) IVE (21%) Prezo Unitario (IVE Incluído) Puntuación 1ª Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,977 Construccións, obras e viais, S.A. (CIF: A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,977 2ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 155 € 32,55 € 187,55 € 71,163 3ª Mantecer, S.L. (CIF:B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 63,474 4ª Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,349 5º Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 164 € 34,44 € 198,44 € 48,098 6ª Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 170 € 35,70 € 205,70 € 29,341 Ingeniería Forestal del Rural, S.L. (CIF: B36.575.967) 170 € 35,70 € 205,70 € 29,341 Silvareira Servicios Forestais, S.L. (CIF: B36554228) 170 € 35,70 € 205,70 € 29,341 Moreira Gómez, S.L. (CIF: B36.267.649) 170 € 35,70 € 205,70 € 29,314 7ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 176 € 36,96 € 212,96 € 9,780 Ramón Iglesias Pérez (NIF: 52.483.592F) 176 € 36,96 € 212,96 € 9,780 8ª Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 178 € 37,38 € 215,38 € 3,260 LOTE 6 Posición Empresa Licitadoras Prezo Unitario (Sen Ive) Ive (21%) Prezo Unitario (Ive Incluído) Puntuación 1ª Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) 148 € 31,08 € 179,08 € 88,839 2ª Construccións, obras e viais, S.A. (CIF: A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,732 Moreira Gómez, S.L. (CIF: B36.267.649) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,732 3ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 155 € 32,55 € 187,55 € 70,963 4ª Mantecer, S.L. (CIF:B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 63,302 5ª Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,195 Penouriño,S.L.(CIF:B15.739.626) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,195 6ª Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 163 € 34,23 € 197,23 € 50,337 7ª Ingeniería Forestal del Rural, S.L. (CIF: B36.575.967) 167 € 35,07 € 202,07 € 37,752 Silvareira Servicios Forestais, S.L. (CIF: B36554228) 167 € 35,07 € 202,07 € 37,752 8ª Forestales Muiñeiro, S.L. (CIF: B36.556.017) 169 € 35,49 € 204,49 € 31,460 9ª Ramón Iglesias Pérez (NIF: 52.483.592F) 170 € 35,70 € 205,70 € 28,314 Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 170 € 35,70 € 205,70 € 28,314 10ª Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 175 € 36,75 € 211,75 € 12,584 11ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 178 € 37,38 € 215,38 € 3,146 LOTE 7 Posición Empresa Licitadoras Prezo Unitario (Sen Ive) Ive (21%) Prezo Unitario (Ive Incluído) Puntuación 1ª Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) 146 € 30,66 € 176,66 € 93,621 2ª Construccións, obras e viais, S.A. (CIF: A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,740 3ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 155 € 32,55 € 187,55 € 71,390 4ª Mantecer,S.L.(CIF:B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 63,980 5ª Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 59,040 6ª Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 161 € 33,81 € 194,81 € 56,570 7ª Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 170 € 35,70 € 205,70 € 30,145 Moreira Gómez, S.L. (CIF: B36.267.649) 170 € 35,70 € 205,70 € 30,145 8ª Ramón Iglesias Pérez (NIF: 52.483.592F) 173 € 36,33 € 209,33 € 20,097 Ingeniería Forestal del Rural, S.L. (CIF: B36.575.967) 173 € 36,33 € 209,33 € 20,097 9ª Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 175 € 36,75 € 211,75 € 13,398 10ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 178 € 37,38 € 215,38 € 3,349 11ª Excavacions y desbroces Rocha, S.L. (CIF: B36.574.200) 179 € 37,59 € 216,59 € 0,000 LOTE 8 Posición Empresa licitadoras Prezo unitario (Sen IVE) IVE (21%) Prezo unitario (IVE Incluído) Puntuación 1ª Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) 144 € 30,24 € 174,24 € 98,190 2ª Construccións, obras e viais, S.A. (CIF: A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,414 3ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 155 € 32,55 € 187,55 € 71,100 4ª Mantecer, S.L. (CIF:B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 63,712 5ª Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,787 Penouriño, S.L. (CIF: B15.739.626) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,787 6ª Forestales Muiñeiro, S.L. (CIF: B36.556.017) 163 € 34,23 € 197,23 € 51,399 Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 163 € 34,23 € 197,23 € 51,399 7ª Ingeniería Forestal del Rural, S.L. (CIF: B36.575.967) 167 € 35,07 € 202,07 € 38,549 Silvareira Servicios Forestais, S.L. (CIF: B36554228) 167 € 35,07 € 202,07 € 38,549 8º Moreira Gómez, S.L. (CIF: B36.267.649) 170 € 35,70 € 205,70 € 28,912 Ramón Iglesias Pérez (NIF: 52.483.592F) 170 € 35,70 € 205,70 € 28,912 Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 170 € 35,70 € 205,70 € 28,912 Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 170 € 35,70 € 205,70 € 28,912 9ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 178 € 37,38 € 215,38 € 3,212 Tendo en conta o informe favorable á xustificación presentada pola empresa Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038), e en cumprimento dos artigos 151 e152 do TRLCSP, acto seguido a Mesa de Contratación pasa a realizar a valoración total das empresas que non foron declaradas desproporcionais ou anormais e que non foron excluídas do procedemento e tendo en conta o disposto nos pregos que rexen a contratación no relativo á adxudicación de lotes. Neste sentido, establécese no Anexo I do Prego de Cláusulas Administrativas o seguinte: “Funcionamento do acordo marco: - Número máximo de empresas que forman parte do acordo marco: 1 por lote - Número máximo de lotes por adxudicatario: 1 lote por adxudicatario Os licitadores poderán optar a todos os lotes que integran o contrato, no obstante, unicamente poderán resultar adxudicatarios dun máximo de un lote por licitador coa finalidade de garantir unha maior concorrencia e posibilidade de acceso a PEMES á licitación. No caso de que nun ou varios lotes non se presentase mais dun licitador, poderán resultar adxudicatarios de mais de un lote. No caso de que un mesmo licitador resultase a oferta economicamente máis vantaxosa en máis dun lote, o criterio obxectivo que se deberá seguir é que unicamente poderá resultar adxudicatario dun lote, acordando o órgano de contratación adxudicarlle aquel lote no que obtivese a maior puntuación nos criterios avaliables mediante fórmulas (sobre B), e no caso de que nalgún lote se presentasen dúas ou mais proposicións iguais que resultasen ser as do menor prezo, se decidirá a súa adxudicación mediante sorteo (artigo 87.2 do RDL 1098/2001)” Realizada a proposta de adxudicación dos lotes segundo o previsto no parágrafo anterior, obtéñense os seguintes resultados en cada un dos lotes: LOTE 1 Posición Empresa licitadoras Prezo unitario (Sen IVE) IVE (21%) Prezo unitario (IVE Incluído) Puntuación Indicacións relativas a adxudicación dos lotes 1ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 145 € 30,45 € 175,45 € 95,899 Lote Adxudicado 2ª Moreira Gómez, S.L. (CIF: B36.267.649) 147 € 30,87 € 177,87 € 90,886 3ª Construccións, obras e viais,S.A. (CIF:A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,366 4ª Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) 156 € 32,76 € 188,76 € 68,327 5ª Mantecer, S.L. (CIF: B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 63,313 6ª Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,300 Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,300 Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,300 7ª Penouriño, S.L. (CIF: B15.739.626) 167 € 35,07 € 202,07 € 37,257 8ª Ingeniería Forestal del Rural, S.L. (CIF: B36.575.967) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,943 Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,943 9ª Forestales Muiñeiro, S.L. (CIF: B36.556.017) 174 € 36,54 € 210,54 € 15,524 10ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 178 € 37,38 € 215,38 € 3,105 LOTE 2 Posición Empresa licitadoras Prezo unitario (Sen IVE) IVE (21%) Prezo unitario (IVE Incluído) Puntuación Indicacións relativas a adxudicación dos lotes 1ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 145 € 30,45 € 175,45 € 95,843 Adxudícase o Lote 1 (no que obtivo a maior puntuación) 2ª Moreira Gómez,S.L. (CIF: B36.267.649) 147 € 30,87 € 177,87 € 90,743 Adxudícase o Lote 4 (no que obtivo a maior puntuación) 3ª Construccións, obras e viais, S.A. (CIF: A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,094 Adxudícase o Lote 5 (no que obtivo a maior puntuación) 4ª Seanto,S.L. (CIF:B41.621.038) 155 € 32,55 € 187,55 € 70,345 Adxudícase o Lote 8 (no que obtivo a maior puntuación) 5ª Mantecer, S.L. (CIF: B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 62,695 Adxudícase o Lote 7 (no que obtivo a maior puntuación) 6º Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 159 € 33,39 € 192,39 € 60,146 Lote Adxudicado 7ª Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 57,323 Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 160 € 33,60 € 193,60 € 57,323 8ª Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 164 € 34,44 € 198,44 € 45,255 9ª Penouriño, S.L. (CIF: B15.739.626) 167 € 35,07 € 202,07 € 36,204 10ª Ingeniería Forestal del Rural, S.L. (CIF: B36.575.967) 172 € 36,12 € 208,12 € 21,119 11ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 176 € 36,96 € 212,96 € 9,051 LOTE 3 Posición Empresa licitadoras Prezo unitario (Sen IVE) IVE (21%) Prezo unitario (IVE Incluído) Puntuación Indicacións relativas a adxudicación dos lotes 1ª Plantadeza, S.L. (CIF: B36.417.483) 149 € 31,29 € 180,29 € 86,243 Lote Adxudicado 2ª Construccións, obras e viais, S.A. (CIF: A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,622 3ª Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) 154 € 32,34 € 186,34 € 73,141 4ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 155 € 32,55 € 187,55 € 70,520 5ª Mantecer, S.L. (CIF: B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 62,659 6ª Forestales Muiñeiro, S.L. (CIF: B36.556.017) 159 € 33,39 € 192,39 € 60,039 7ª Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 57,418 Penouriño, S.L. (CIF: B15.739.626) 160 € 33,60 € 193,60 € 57,418 8ª Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 162 € 34,02 € 196,02 € 51,811 9ª Ingeniería Forestal del Rural,S.L. (CIF:B36.575.967) 165 € 34,65 € 199,65 € 42,668 10ª Eulen,S.A. (CIF:A28.517.308) 168 € 35,28 € 203,28 € 33,525 11ª Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,429 Moreira Gómez,S.L. (CIF: B36.267.649) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,429 12ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 176 € 36,96 € 212,96 € 9,143 LOTE 4 Posición Empresa licitadoras Prezo unitario (Sen IVE) IVE (21%) Prezo unitario (IVE Incluído) Puntuación Indicacións relativas a adxudicación dos lotes 1ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 145 € 30,45 € 175,45 € 95,843 Adxudícase o Lote 1 (no que obtivo a maior puntuación) 2ª Moreira Gómez, S.L. (CIF: B36.267.649) 147 € 30,87 € 177,87 € 90,769 Lote Adxudicado 3ª Construccións, obras e viais, S.A. (CIF: A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,158 4ª Seanto,S.L. (CIF:B41.621.038) 152 € 31,92 € 183,92 € 78,084 5ª Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 158 € 33,18 € 191,18 € 62,862 Mantecer, S.L. (CIF: B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 62,862 6ª Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 160 € 33,60 € 193,60 € 57,789 Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 57,789 7ª Penouriño, S.L. (CIF: B15.739.626) 167 € 35,07 € 202,07 € 36,572 8ª Silvareira Servicios Forestais, S.L. (CIF: B36554228) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,429 Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,429 Ingeniería Forestal del Rural, S.L. (CIF: B36.575.967) 170 € 35,70 € 205,70 € 27,429 9ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 176 € 36,96 € 212,96 € 9,143 LOTE 5 Posición Empresa licitadoras Prezo unitario (Sen IVE) IVE (21%) Prezo unitario (IVE Incluído) Puntuación Indicacións relativas a adxudicación dos lotes 1ª Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,977 Adxudícase o Lote 8 (no que obtivo a maior puntuación) Construccións, obras e viais,S.A. (CIF:A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,977 Lote Adxudicado 2ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 155 € 32,55 € 187,55 € 71,163 3ª Mantecer, S.L. (CIF: B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 63,474 4ª Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,349 5º Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 164 € 34,44 € 198,44 € 48,098 6ª Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 170 € 35,70 € 205,70 € 29,341 Ingeniería Forestal del Rural, S.L. (CIF: B36.575.967) 170 € 35,70 € 205,70 € 29,341 Silvareira Servicios Forestais, S.L. (CIF: B36554228) 170 € 35,70 € 205,70 € 29,341 Moreira Gómez,S.L. (CIF: B36.267.649) 170 € 35,70 € 205,70 € 29,314 7ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 176 € 36,96 € 212,96 € 9,780 Ramón Iglesias Pérez (NIF: 52.483.592F) 176 € 36,96 € 212,96 € 9,780 8ª Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 178 € 37,38 € 215,38 € 3,260 LOTE 6 Posición Empresa licitadoras Prezo unitario (Sen IVE) IVE (21%) Prezo unitario (IVE Incluído) Puntuación Indicacións relativas a adxudicación dos lotes 1ª Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) 148 € 31,08 € 179,08 € 88,839 Adxudícase o Lote 8 (no que obtivo a maior puntuación) 2ª Construccións, obras e viais,S.A. (CIF:A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,732 Adxudícase o Lote 5 (no que obtivo a maior puntuación) Moreira Gómez,S.L. (CIF: B36.267.649) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,732 Adxudícase o Lote 4 (no que obtivo a maior puntuación) 3ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 155 € 32,55 € 187,55 € 70,963 Adxudícase o Lote 1 (no que obtivo a maior puntuación) 4ª Mantecer, S.L. (CIF: B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 63,302 Adxudícase o Lote 7 (no que obtivo a maior puntuación) 5ª Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,195 SORTEO Penouriño, S.L. (CIF: B15.739.626) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,195 6ª Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 163 € 34,23 € 197,23 € 50,337 7ª Ingeniería Forestal del Rural, S.L. (CIF: B36.575.967) 167 € 35,07 € 202,07 € 37,752 Silvareira Servicios Forestais, S.L. (CIF: B36554228) 167 € 35,07 € 202,07 € 37,752 8ª Forestales Muiñeiro, S.L. (CIF: B36.556.017) 169 € 35,49 € 204,49 € 31,460 9ª Ramón Iglesias Pérez (NIF: 52.483.592F) 170 € 35,70 € 205,70 € 28,314 Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 170 € 35,70 € 205,70 € 28,314 10ª Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 175 € 36,75 € 211,75 € 12,584 11ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 178 € 37,38 € 215,38 € 3,146 LOTE 7 Posición Empresa licitadoras Prezo unitario (Sen IVE) IVE (21%) Prezo unitario (IVE Incluído) Puntuación Indicacións relativas a adxudicación dos lotes 1ª Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) 146 € 30,66 € 176,66 € 93,621 Adxudícase o Lote 8 (no que obtivo a maior puntuación) 2ª Construccións, obras e viais, S.A. (CIF: A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,740 Adxudícase o Lote 5 (no que obtivo a maior puntuación) 3ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 155 € 32,55 € 187,55 € 71,390 Adxudícase o Lote 1 (no que obtivo a maior puntuación) 4ª Mantecer, S.L. (CIF: B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 63,980 Lote adxudicado 5ª Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 59,040 6ª Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 161 € 33,81 € 194,81 € 56,570 7ª Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.2189) 170 € 35,70 € 205,70 € 30,145 Moreira Gómez,S.L. (CIF: B36.267.649) 170 € 35,70 € 205,70 € 30,145 8ª Ramón Iglesias Pérez (NIF: 52.483.592F) 173 € 36,33 € 209,33 € 20,097 Ingeniería Forestal del Rural,S.L. (CIF:B36.575.967) 173 € 36,33 € 209,33 € 20,097 9ª Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 175 € 36,75 € 211,75 € 13,398 10ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 178 € 37,38 € 215,38 € 3,349 11ª Excavacions y desbroces Rocha,S.L. (CIF: B36.574.200) 179 € 37,59 € 216,59 € 0,000 LOTE 8 Posición Empresa licitadoras Prezo unitario (Sen IVE) IVE (21%) Prezo unitario (IVE incluído) Puntuación Indicacións relativas a adxudicación dos lotes 1ª Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) 144 € 30,24€ 174,24 € 98,190 Lote Adxudicado 2ª Construccións, obras e viais,S.A. (CIF:A36.008.886) 150 € 31,50 € 181,50 € 83,414 3ª Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) 155 € 32,55 € 187,55 € 71,100 4ª Mantecer, S.L. (CIF: B70.409.818) 158 € 33,18 € 191,18 € 63,712 5ª Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,787 Penouriño, S.L. (CIF: B15.739.626) 160 € 33,60 € 193,60 € 58,787 6ª Forestales Muiñeiro, S.L. (CIF: B36.556.017) 163 € 34,23 € 197,23 € 51,399 Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) 163 € 34,23 € 197,23 € 51,399 7ª Ingeniería Forestal del Rural, S.L. (CIF: B36.575.967) 167 € 35,07 € 202,07 € 38,549 Silvareira Servicios Forestais, S.L. (CIF: B36554228) 167 € 35,07 € 202,07 € 38,549 8º Moreira Gómez, S.L. (CIF: B36.267.649) 170 € 35,70 € 205,70 € 28,912 Ramón Iglesias Pérez (NIF: 52.483.592F) 170 € 35,70 € 205,70 € 28,912 Emdesfor 2002, S.L (CIF: B36.404.2189) 170 € 35,70 € 205,70 € 28,912 Eulen, S.A. (CIF: A28.517.308) 170 € 35,70 € 205,70 € 28,912 9ª Otero Forestal, S.L. (CIF: B36.358.067) 178 € 37,38 € 215,38 € 3,212 Reunida a Mesa de Contratación con data 7 de decembro de 2016, dáse a coñecer a valoración total das empresas licitadoras e os resultados obtidos. Tal e como ven previsto os pregos que rexen a contratación, unha vez propostos os lotes que lle corresponde adxudicar a cada licitador en función de aquel lote no que obtivese a maior puntuación nos criterios avaliables mediante fórmulas (sobre B), no lote nº6 e presenta dúas proposicións iguais polo que, se decidirá a súa adxudicación mediante sorteo (artigo 87.2 do RDL 1098/2001). Nese mesmo acto, procédese en acto público ao sorteo das dúas proposicións que teñen a mesma puntuación no lote nº6, para o cal se outorgan os seguintes números as seguintes empresas: Número 1: Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) Número 2: Penouriño, S.L. (CIF: B15.739.626 Finalizado o sorteo, a empresa que resulta adxudicataria do lote nº 6 é Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) A Xunta de Goberno na sesión de data 13 de xaneiro de 2017 acorda rexeitar a oferta presentada pola empresa Jose Luis Treinta Cardoso, con NIF 76.906.385X (Lote 7), ao ofertar un prezo unitario de 15.700 (sen IVE), tendo en conta que o prezo unitario ofertado no Anexo II.- Modelo de Proposición establecido nos pregos excede do prezo unitario máximo de licitación que é de 179,00€ (sen IVE), superando por tanto importe máximo previsto nos pregos. Á vista do resultado do sorteo, en base as puntuacións totais acadadas, a Mesa de Contratación, eleva a seguinte proposta ao Órgano de Contratación: 1º.- Rexeitar as ofertas presentadas polas seguintes empresas: - Manuel Enriquez Collazo(NIF: 35.316.487X) (Lotes 1,2,3,4,5,6,7,8), oferta un prezo unitario, para cada un dos lotes de 16.900,00€ Tendo en conta que o prezo unitario ofertado no Anexo II.- Modelo de Proposición establecido nos pregos excede do prezo unitario máximo de licitación que é de 179,00€ (sen IVE), superando por tanto importe máximo previsto nos pregos. 2º.- Tendo en conta o citado anteriormente e os resultados das empresas que participan no procedemento de adxudicación convocado para levar a cabo a contratación dun “Acordo Marco que rexerá na prestación do servizo de desbroce nas marxes das estradas de titularidade da Deputación de Pontevedra”, propoñer a adxudicación das seguintes empresas: LOTE EMPRESA PROPOSTA PARA A SÚA ADXUDICACIÓN Lote 1 Multiservicios Contucho, S.L. (CIF: B36.449.031) Lote 2 Fontefría, S.L.U. (CIF: B36.371.227) Lote 3 Plantadeza, S.L. (CIF: B36.417.483) Lote 4 Moreira Gómez, S.L. (CIF: B36.267.649) Lote 5 Construccións, obras e viais, S.A. (CIF: A36.008.886) Lote 6 Excavaciones y obras Melchor, S.L. (CIF: B70.336.482) Lote 7 Mantecer, S.L. (CIF: B70.409.818) Lote 8 Seanto, S.L. (CIF: B41.621.038) Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2016023220 de data 14 de decembro de 2016 requiriuse ás empresas mencionadas no cadro anterior para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o día seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presenten a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio o emprendedor). Resultando que as empresas propostas para adxudicación nos lotes 1, 4, 5 e 8 presentaron a documentación requirida, a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 23 de xaneiro de 2017 adoptou, entre outros, o acordo de adxudicación dos citados Lotes 1, 4, 5 e 8 relativo a este procedemento. Resultando que a vista da documentación achegada polas empresas dos Lotes números 2, 3, 6, unha vez examinada detectáronse unha serie de imprecisións polo que se procedeu a conceder un prazo non superior a tres días hábiles para que aclarasen e subsanasen os defectos detectados na presentación da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos. Resultando que a empresa proposta para a adxudicación do Lote número 2 (Obras, Transportes y Construcciones Fontefría SLU, CIF: B-36371227) solicitóuselle que acreditase por que “o operador de máquina proposto para a execución dos traballos, Don José Manuel Espiño Gesteira, figura tamén no equipo proposto por outra das empresas licitadoras”. A citada empresa presentou a documentación xustificativa dentro do prazo establecido xustificando a súa proposta nos seguintes termos: 1. Que a persoa que se acredita como operario de maquinaria (José Manuel Espiño Gesteira) forma parte única e exclusivamente da súa plantilla de persoal, tal e como se recolle na Alta na Seguridade Social e TC2 que se adxuntan, así como a maquinaria presentada na licitación que é da súa titularidade. 2. Que se asinou contrato de arrendamento de maquinaria con operario con outra empresa na que se especifica claramente que “b) O arrendador non se compromete a ter dispoñible a maquinaria no momento no que o arrendatario o solicite.”, posto que os seus traballos teñen preferencia e descoñecían que dito contrato se utilizaría nunha licitación pública. Resultando que se considera xustificada de forma coherente a aclaración e que por tanto debería realizarse a proposta de adxudicación á dita empresa no lote que se corresponde. Resultando que rematado o prazo de presentación da antedita documentación, e transcorridos os dez días hábiles seguintes á finalización do dito prazo, a empresa Mantecer,SL (CIF: B-70.409.818), proposta para a adxudicación do Lote 7, non presentou a documentación requirida no Rexistro da Deputación de Pontevedra nin lle comunicou ao Servizo de Contratación o aviso de remisión da documentación por calquera dos restantes procedementos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, tal e como se sinala na cláusula 7 do prego que rexe esta contratación, procedeuse a recabar a mesma documentación seguinte, polo orde no que quedasen clasificadas as ofertas. Resultando que a vista da clasificación das ofertas presentadas, en base ás puntuacións totais acadadas, e tendo en conta que cada empresa só pode ter adxudicado un único lote, infórmase á Mesa de Contratación para que eleve a proposta de adxudicación do Lote 7 á empresa Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.218), ao resultar ser a empresa que obtivo a maior puntuación segundo os criterios establecidos no prego. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2017000746 de data 17 de xaneiro de 2017 requiriuse á empresa Emdesfor 2002 SL para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o día seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presenten a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio o emprendedor). Resultando que as empresas propostas para adxudicación nos lotes 2 e 7 presentaron a documentación requirida entre a que atopa a constitución das garantías definitivas, que figuran na Tesourería desta Deputación, polos seguintes importes para cada un dos lotes: Lote Importe da garantía definitiva Nº de operación Lote nº 2 895,00€ 201600205063 Lote nº 7 895,00€ 201700013093 Polo que, unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2014, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado RDL 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratacións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o contrato relativo a un acordo marco que rexerá na prestación do servizo de desbroce nas marxes das estradas de titularidade da Deputación de Pontevedra ás seguintes empresas en cada un dos lotes e polos prezos unitarios que se relacionan a continuación: Lote Empresa proposta para a súa adxudicación Prezo unitario Km (Sen IVE) IVE (21%) Prezo unitario (IVE Incluído) LOTE 2 Obras, Transportes y Construcciones Fontefría SLU (CIF: B36.371.227) 159€ 33,39€ 192,39€ LOTE 7 Emdesfor 2002, S.L. (CIF: B36.404.218) 170€ 35,70€ 205,70€ Os prazos para os traballos son os seguintes: - Prazo de inicio dos traballos: O prazo para iniciar os traballos será dun máximo de 48 horas desde que se de a orde de traballo. - Prazo de execución dos traballos: Os prazos de execución dos traballos dos servizos obxecto do contrato responderán a seguinte clasificación: Actuacións moi urxentes: Executar nun prazo máximo de 1 día. Actuacións urxentes: Executar nun prazo máximo de 2 días. Actuacións moi necesarias: Executar nun prazo máximo de 3 días. Actuacións normais: Executar no prazo máximo de 5 días. 2.- As obrigas derivadas do presente acordo marco, para a totalidade dos 8 Lotes estímase na cantidade de 57.757,44 €, serán financiados de acordo ao seguinte: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe total con IVE 2017 456.4530.210.00 57.757,44€ O dito importe unicamente se establecen a efectos informativos e de previsión de gasto máximo, debido a que o tratarse dun acordo marco, as obrigas para a Deputación de Pontevedra serán as que resulten dos traballos realmente executados e que se axustarán aos prezos máximos ofertados polo adxudicatario. As obrigas derivadas do presente acordo marco, para os anos 2018, 2019, e 2020 en caso de prórrogas, quedarán condicionados a existencia de crédito suficiente nos orzamentos provinciais correspondentes. A adxudicación do acordo marco formalizase cunha única empresa por lote, tratándose dun Acordo Marco “Tipo 3” denominado “Contratos Marco por Homologación” e por tanto as condicións se atopan perfectamente determinadas coa formalización do mesmo e non precisa máis que efectuar os correspondentes pedidos. Neste tipo de contratos non se procederá a unha segunda fase competitiva pero si a adxudicación do correspondente contrato derivado relativo a cada petición que se realice ao provedor adxudicatario. Os contratos derivados só se poderán celebrar coa empresa que orixinariamente forma parte do acordo marco. 3.- A duración do acordo marco será de 6 meses a contar desde a data de formalización do mesmo. O Acordo Marco poderá ser prorrogado ata un máximo de 4 anos. 8.25166.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Devolución de garantías definitivas á empresa Francisco Gómez y Cía., S.L. A empresa Francisco Gómez y Cía., S.L. (CIF B 15.009.533), mediante escrito presentado polo Servizo de Contratación perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Acondicionamento de camiños rurais no Concello da Estrada (A Estrada)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de dez mil setecentos corenta e tres euros con oitenta céntimos (10.743,80 €), para responder do contrato relativo á obra “Acondicionamento de camiños rurais no Concello da Estrada (A Estrada)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/08/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400103260. 9.25167.- EXCLUSIÓN DA EMPRESA CENTRO DE DÍA ANDUDIÑA, S.L. COMO BENEFICIARIA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2016, DESTINADO ÁS EMPRESAS, CORPORACIÓNS SECTORIAIS E ORGANIZACIÓNS NON GOBERNAMENTAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Con fundamento no artigo 35.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 8 de abril de 2016 , acorda aprobar a convocatoria do Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra 2016 destinada ás empresas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra, que se rexerá conforme ás bases publicadas no BOPPO nº 71 de data 14 de abril de 2016 (con rectificación publicada no BOPPO nº 85 de data 4 de maio de 2016). A finalidade de dito plan é a de seleccionar ás empresas ou entidades que se atopen nas mellores condicións para engadirlle valor á formación académica e profesional das persoas beneficiarias das 400 bolsas que se van a convocar. Dito plan desenvólvese en dúas fases, a primeira de convocatoria e selección das empresas do sector privado, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais onde se levará a cabo a práctica laboral e a segunda de convocatoria e selección e distribución das persoas bolseiras entre ditas entidades. No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 71 de data 14 de abril de 2016 publicouse a convocatoria e bases de selección das empresas privadas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra para participar no Plan de práctica laboral na Deputación de Pontevedra 2016. Para a selección das empresas privadas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais, conforme o previsto na base cuarta da convocatoria, constituirase unha comisión de avaliación (designada por Resolución Presidencial de data 20 de xuño de 2016) que está integrada pola deputada delegada en materia de Emprego, o xefe do Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local, un representante do sector empresarial da provincia de Pontevedra e un representante da Universidade de Vigo. Por acordo adoptado na Xunta de Goberno nº 14.24696 , en sesión celebrada o 4 de agosto de 2016 apróbase a distribución , asignación e determinación das bolsas a convocar dentro do plan de práctica laboral da Deputación de Pontevedra 2016 en empresas privadas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra. No acordo de distribución das bolsas figura unha bolsa do expediente 2016E094 Ciclo Superior en Integración Social destinada á empresa Centro de Día Anduriña, S.L. Por acordo da xunta de Goberno na súa sesión do 11 de novembro de 2016 adxudicouse dita bolsa a Rolando Quintana Sosa que con efectos do 18 de novembro de 2016 renuncia á bolsa. O comprobarse que non hai máis suplentes en dita titulación requíreselle á empresa para que solicite un cambio de titulación. En Xunta de Goberno na súa sesión do 23 de xaneiro de 2017 apróbase o cambio de titulación solicitado que pasa a ser o expediente 2016E078 Licenciatura/Grao en Psicoloxía. Mediante escrito de data de rexistro 27 de xaneiro 2017 a empresa Centro de Día Anduriña,S.L, comunica que renuncia á bolsa adxudicada do expediente 2016E078 Licenciatura /Grao en Psicoloxía por haber cesado dita empresa na súa actividade. Considerando os antecedentes e as consideracións normativas citadas anteriormente, e de conformidade co previsto nas bases da convocatoria de empresas e o disposto no capítulo II da lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, Real Decreto 887/2006, de21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.-Excluír á empresa Centro de Día Anduriña, S.L. con CIF B94018348 como empresa beneficiaria do Plan de práctica laboral en empresas, corporacións sectoriais e organización non gobernamentais 2016, por haber cesado dita empresa na súa actividade. 2º.- Deixar sen efecto o cambio de titulación aprobado para dita empresa na Xunta de Goberno da Deputación Provincial na súa sesión do 23 de xaneiro de 2017. 10.25168.- RESOLUCIÓN DE RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA O ACORDO ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 25/11/2016 (Nº19.24973), SOBRE RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL RELATIVA Á EXCLUSIÓN DA EMPRESA CABALEIRO NOGUEIRA, S.L.COMO BENEFICIARIA DO “PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS 2016” 1.-Mediante escrito presentado o 13 de xaneiro de 2017 no Rexistro Xeral desta Deputación de Pontevedra, a empresa Cabaleiro Nogueira, S.L., con CIF nº B36112290, con enderezo a efectos de notificación na C/ Domingo Bueno, 60- O Porriño, C.P: 36400, interpón recurso de reposición, contra o Acordo da Xunta de Goberno do 25 de novembro de 2016 no que se ratifica a Resolución Presidencial que exclúe a dita empresa como beneficiaria do Plan de práctica laboral 2016 por renunciar a persoa bolseira adxudicada da titulación Licenciatura/ Grao en Administración e Dirección de Empresas alegando que o perfil da bolseira non se axusta os requirimentos da empresa. Así mesmo solicita que se considere xustificada a renuncia por ser dita bolseira filla do fundador do grupo de empresas Lemos Romero, S.L. pertencentes ó mesmo sector de actividade que o da empresa recorrente. 2.-A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión do 8 de abril de 2016 aprobou o Plan de práctica laboral da Deputación de Pontevedra 2016, en colaboración coas empresas do sector privado, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra, destinado a persoas con titulación universitaria ou de ciclos superiores de formación profesional, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ó mercado laboral. 3.-Dito plan desenvólvese en dúas fases, a primeira de convocatoria e selección das empresas do sector privado, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais onde se levará a cabo a práctica laboral e a segunda de convocatoria e selección e distribución das persoas bolseiras entre ditas entidades. 4.-No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 71 de data 14 de abril de 2016 publicouse a convocatoria e bases de selección das empresas privadas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra para participar no Plan de práctica laboral na Deputación de Pontevedra 2016. 5.- Para a selección das empresas privadas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais, conforme o previsto na base cuarta da convocatoria, constituirase unha Comisión de avaliación (designada por Resolución Presidencial de data 20 de xuño de 2016) que está integrada pola deputada delegada en materia de Emprego, o xefe do Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local, un representante do sector empresarial da provincia de Pontevedra e un representante da Universidade de Vigo. 6.- Por acordo adoptado na Xunta de Goberno nº 14.24696, en sesión celebrada o 4 de agosto de 2016 apróbase a distribución , asignación e determinación das bolsas a convocar dentro do Plan de práctica laboral da Deputación de Pontevedra 2016 en empresas privadas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra. 7.- No acordo de distribución das bolsas figura unha bolsa do expediente 2016E062 Licenciatura/Grao en Administración e Dirección de Empresas destinada á empresa Cabaleiro Nogueira, S.L. 8.- No BOPPO nº 152 do 10 de agosto de 2016, con corrección de erros no BOPPO nº161 do 24 de agosto de 2016, publicouse a convocatoria de 400 bolsas de Práctica Laboral en Empresas Privadas da provincia de Pontevedra 2016, destinadas a titulados universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación , coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. 9.- Por acordo da Xunta de Goberno na súa sesión do 11 de novembro de 2016 adxudicouse unha bolsa do expediente 2016E062 Licenciatura/Grao en Administración e Dirección de Empresas a Yoana Lemos Barreiro con destino á empresa Cabaleiro Nogueira,S.L. 10.- Mediante escrito de data 14 de novembro de 2016 a empresa Cabaleiro Nogueira, S.L., comunica que renuncia á bolsa solicitada e adxudicada do expediente 2016E062 Licenciatura/Grao en Administración e Dirección de Empresas por non axustarse a persoa bolseira seleccionada ós requirimentos da empresa. 11.- O procedemento de selección dos bolseiros levouse a cabo segundo titulacións e conforme o establecido nas bases sexta, sétima e oitava da convocatoria, mediante o sistema de valoración de méritos e exame tipo test. Na base sexta establécese que as persoas aspirantes seleccionadas, por orde de maior a menor puntuación, deberán elixir a empresa/entidade na que desenvolverán as prácticas entre aquelas que figuran no anexo I como destinatarias das bolsas convocadas. 12.- No proceso de asignación de destinos (publicado na páxina web da Deputación de Pontevedra) ás persoas seleccionadas de cada titulación requiríuselle para que manifestaran a súas prioridades en canto ás empresas nas que desexaran realizar as prácticas. Nese proceso a bolseira non manifestou preferencia por Cabaleiro Nogueira S.L. pois elixiuna en terceiro lugar. 13.- O motivo que alega a empresa para rexeitar á bolseira non se atopa xustificado, nin se fundamenta no incumprimento dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, entendéndose que se axusta ó perfil da bolsa solicitada pola referida empresa. Normativa Aplicable: 1) O órgano competente para a resolución deste recurso é a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, tal e como se establece nas bases da convocatoria. 2) O proceso de selección levase a cabo conforme o establecido nas bases sexta, sétima e oitava da convocatoria e tal e como se establece na base sétima , punto 6 son os aspirantes seleccionados por orde de maior a menor puntuación os que deberán elixir a empresa de entre as figuran como destinatarias das bolsas e recollidas no anexo I publicado na convocatoria. 3) Base décimo primeira, punto dous onde se establece que a renuncia da empresa á bolsa solicitada e adxudicada quedará supeditada á existencia de motivos xustificados. Conclusión: En base ós antecedentes e consideracións normativas citadas anteriormente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación presentada pola empresa Cabaleiro Nogueira, S.L., por non considerar xustificada a renuncia presentada no seu día. 11.25169.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS a)Vista a relación de facturas con número 2017001971, que contén trece facturas e por un importe de 6.692,38 €, correspondendo a primeira á empresa Courier Pontevedra, S.L., por importe de 6,80 €, e a derradeira a Matias de Cabo e Hijos, S.L., por importe de 99,00 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 30 de xaneiro de 2017, e os xefes de servizo ou responsables dos centros Xestores no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron en exercicios pechados, e que necesitan a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 6.922,25 € Descontos do IRPF 229,87 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 6.692,38 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. b)Vista a relación de facturas con número 2017001972, que contén unha factura e por un importe de 7.880,25 €, correspondendo a Cronorent, S.L., e visto o informe que formula a intervención desta Deputación, de data 30 de xaneiro de 2017, e os xefes de servizo ou responsables dos centros Xestores no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron en con vicios de procedemento que implican anulabilidade das obrigas, e que necesitan a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 7.880,25 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 7.880,25 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 12.25170.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 13.25171.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as dez horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota