Fondos
41.444/1. Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 30 (1959)
Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 30 (1959)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.444/1
Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 30 (1959)
Data(s) 1959 (Creación)
Volume e soporte 1 libro. 88 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 30 (01-01-1959 / 31-01-1959).
Recortes de Prensa. Contén:
- O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez foi cumprimentado polas autoridades, xerarquías e representacións da capital e da provincia no fin de ano
- 6.316 Animais vacinados contra a glosopeda
- Despedida do ano vello e entrada de 1959, celebrado con moita animación nas sociedades recreativas
- Prezos de venda de distintas clases de aceite
- Inauguración de luz eléctrica en varias parroquias da Estrada
- Saída da Cabalgata de Reis do barrio do Burgo
- Sancións do Goberno Civil por escándalos no mercado
- Preparativos en Pontevedra para celebrar en agosto do IV Centenario do Templo de Santa María a Maior
- Solemnes actos en Guláns (Ponteareas) polas festas de San Xulián Patrón da parroquia
- Extraordinaria animación na noite de Reis
- Concesión da Cruz do Mérito Militar ao Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
- Brillante recepción con motivo da Pascua Militar no Pazo Municipal
- Imposición de Condecoracións no Concello
- Prezos de abastecementos para a semana
- Condecoracións do Mérito Militar a Xerarquías do Movemento
- Inaugurados dous Grupos Escolares en Guláns (Ponteareas) coincidindo coa festa patronal
- A choiva desluce a Festividade dos Reis Magos
- Imposición de condecoracións no Concello aos señores Mariño Lago, Durán Gómez e Álvarez García con asistencia de varias autoridades e presidido polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
- Xeneroso donativo dun fillo de Guláns (Ponteareas) Feliciano Barrera Fernández para o Grupo Escolar
- O Gobernador Civil impuxo a Orde do Mérito Civil ao Ex-presidente da Deputación Señor Rocafort Martínez
- Profundo sentimento pola catástrofe de Ribadelago en Zamora
- Reunión da Comisión Permanente do Consello Provincial do Movemento baixo a presidencia de Rafael Fernández Martínez Gobernador Civil e Xefe Provincial do mesmo
- Audiencias do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
- O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez deulle posesión aos novos delegados de Prensa, Propaganda e Radio García Cernuda, Jiménez e Puig Gaite (José)
- Veterinario suspendido nas súas funcións. Traficantes de gando sancionados
- Importantes acordos da Xunta Provincial de loita contra a Glosopeda
- Novo Servizo de vixiantes de transportes por Estradas
- Prezos de abastecementos para a semana
- XXII Aniversario da saída ao fronte da II Bandeira da FET de Pontevedra
- Autorización do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez á Casa de Zamora para unha subscrición pola traxedia de Ribadelago
- Condolencia das autoridades portuguesas pola traxedia de Ribadelago en Zamora
- Glosario pontevedrés. “Martes e trece”, por Lois
- Reunión do Consello de pais e alumnos do Instituto de Pontevedra baixo a presidencia de Rafael Fernández Martínez, Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento
- Celebración dunha importante reunión do Consello Provincial do Movemento presidido por Alberto Varela Grandal
- Regreso de Madrid de Rafael Fernández Martínez Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento
- Inauguración dunha nova ponte na estrada de Vigo
- Volven as feiras e mercados en varios Concellos
- Audiencia en Vigo do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
- Recorte de prensa sobre expediente de pensión do Goberno Civil
- Acto de inauguración da nova ponte sobre o ferrocarril na estrada de Vigo, presidido polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
- Ofrecemento dun matrimonio de Tomiño para a adopción dun dos orfos da traxedia de Ribadelago en Zamora
- Glosario pontevedrés. “Outra inauguración”, por Lois
- Sancións do Goberno Civil
- Balance Artístico-Cultural de Vigo en 1958, por Manuel de la Fuente
- Constitución da Xunta para a participación da provincia na Feira Internacional do Campo
- Declárase extinguida a Glosopeda en toda a provincia, mantendo as medidas de control
- Pontevedra mellora as súas comunicación con Vigo
- A nova directiva do Liceo Casino Cesáreo Novoa Valencia cumprimentou ao Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez e a o Alcalde Prudencio Landín Carrasco
- Denuncias ao Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
- Importante sesión do Consello Provincial do Movemento polas variantes do ferrocarril de Chapela ao porto de Vigo e Pontevedra con supresión de pasos a nivel
- A Nova Xunta do Honorable Corpo Consular cumprimentou ao Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martinez y a o Alcalde Prudencio Landín Carrasco
- Sancións Gobernativas por infrinxir as disposicións da loita contra a Glosopeda
- Mil alumnos poderán estudar no Centro de Formación Profesional de Vigo. En Pontevedra crearase unha Escola de Mestría con quince especialidades
- Unha escola de Formación Profesional en Pontevedra, tamén vai ser construída unha granxa escola en Ponteareas
- Homenaxe a memoria de Prudencio Landín Tobío
- Numerosas sancións por infraccións contra as disposicións da vacinación da Glosopeda
- Glosario pontevedrés, “A provincia en marcha”, por Lois
- Nota de prensa da Casa de Zamora en Vigo
- Comentarios a unha conferencia sobre unha nova Rama Xurídica de excepcional interés
- Os xornalistas vigueses celebran algúns actos polo seu Patrón San Francisco de Sales
- Glosario pontevedrés. “Emoción e lembranza”, por Lois
- Dan o nome de Prudencio Landín Tobío, cronista da cidade a unha rúa de Pontevedra
- Brillante conferencia do Profesor José Gil Pelaez , presidida polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez e o Alcalde de Vigo Tomás Pérez Lorente
- O Cardeal-Arcebispo Dr. Quiroga Palacios oficiará na Escola de Mestría e visitará San Bartolomeu
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)